ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_23326 | O deputado nacionalista criticou o empeoramento do servizo e reclamou un sistema de proximidade na Coruña, incidindo en que o tren é un "elemento de xustiza, cohesión e progreso social, un transporte que axuda a diminuír as diferenzas sociais e económicas entre persoas e territorios". | "A Coruña xa dispón dos elementos básicos para implantar un servizo de cercanías, similar aos que xa funcionan na práctica totalidade das áreas metropolitanas do Estado español", reiterou o deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego. O lexislador reclamou que se impulse o tren de proximidade na área urbana da Coruña, e incidiu en que o tren é un "elemento de xustiza, cohesión e progreso social, un transporte que axuda a diminuír as diferenzas sociais e económicas entre persoas e territorios", polo que a Galiza "non pode renunciar a un servizo ferroviario moderno e competitivo". Malia o importante número de persoas que residen na área urbana, explicou Rego, nas últimas décadas non se mellorou de maneira significativa a infraestrutura, nin se iniciou a electrificación da liña ou se construíu unha dobre vía na unión entre A Coruña e Palencia (Castela e León). De feito, elimináronse apeadeiros ferroviarios como os das Xubias, A Pasaxe ou Guísamo, e mesmo a praia de manobras en estacións como a de Cambre, o que impide o cruzamento de trens. Por iso, amais de encetar os traballos pendentes, Rego fai un chamamento á "rehabilitación dos tramos abandonados, á reconstrución e acondicionamento dos apeadeiros ou á habilitación de zonas de aparcamento gratuíto na proximidade das estacións ou apeadeiros". Tamén insiste en que hai que "apostar pola construción do bypass de Betanzos, que xa reclamamos nos Orzamentos do Estado" para empregar este servizo en toda a área urbana "como un medio de transporte útil e digno". Tarifas competitivas O deputado pediu "unha política tarifaria accesíbel e competitiva" para que a poboación elixa o tren como medio de transporte, cando "a propia Renfe declara que o Eixo Atlántico é o servizo de Media Distancia que máis beneficios achega ao operador estatal", co gallo de cobrar viaxes de proximidade como Media Distancia, resolve Rego. |
NOS_13395 | Será na sexta edição das Conferências do Estoril, que decorrem nos dias 27 a 29 de maio, no campus da Nova School of Business and Economics, em Carcavelo | Activistas e decisores políticos. Empresárias e filantropos. Académicas e estudantes. Prémios Nobel e intelectuais. Elas e eles estarão nas Conferências do Estoril para partilharem as suas histórias e repensar o conceito de justiça para adaptar categorias morais tradicionais a um mundo cada vez mais amplo, plural, complexo e próspero; para pôr o foco nos direitos inalienáveis e nos deveres vinculativos, não só entre indivíduos como também entre Estados. O ex-presidente francês François Hollande e o antigo primeiro-ministro belga Guy Verhofstadt, assim como o ministro da Justiça e Segurança Pública do Brasil, Sérgio Moro, que vai debater o combate à corrupção com a ex-procuradora-geral da República Portuguesa Joana Marques Vidal; o ex-presidente da Bolívia Carlos Mesa, o jornalista e diretor do jornal venezuelano El Nacional, Miguel Otero, e a Nobel da Paz Rigoberta Menchú. Da mesma forma, Edmund Phelps, Nobel da Economia em 2006, e Svetlana Alexiévitch, Prémio Nobel da Literatura em 2015 ou o ex-presidente do governo da Espanha, Rodríguez Zapatero vão participar nas Conferências do Estoril. Desafios da lusofonia Um dos subtemas do debate é o tema "Desafios da Lusofonia", que decorre no dia 27, pelas 14:45. Nele participam o presidente da Câmara Municipal de Cascais, Carlos Carreiras, a cantora e compositora brasileira Adriana Calcanhoto e o escritor angolano José Eduardo Agualusa. Adriana Calcanhoto é, desde 2015, embaixadora da Universidade de Coimbra, onde dá aulas. Nasceu em Porto Alegre, onde iniciou a sua carreira musical, que compreende a música popular brasileira – que lhe valeu dois Grammy Latino, um deles por melhor canção em língua portuguesa – e ainda livros e discos para crianças. José Eduardo Agualusa nasceu em Angola, viveu em Luanda, Lisboa, Olinda, Rio de Janeiro e Berlim, mas nos últimos anos passa mais tempo na Ilha de Moçambique. Escreveu 14 romances, que estão publicados em mais de 30 países. Carlos Carreiras, presidente da Câmara de Cascais desde 2011, é copresidente da UCCLA – União das Cidades Capitais de Língua Portuguesa Os oradores irão tentar apontar caminhos para alguns dos principais desafios que se colocam à comunidade lusófona, como a erradicação da pobreza e a rejeição das desigualdades. Para tal, urge desenvolver um espaço de justiça global que aprofunde o sentido de comunidade e reforce a cooperação entre países que se baseiam em valores, história e língua partilhados, salienta a autarquia de Cascais, destacando que estes serão os pontos de partida para o debate. No total, a organização estima que serão 158 horas de debate, com 900 participantes de 73 nacionalidades diferentes reunidos nesta sexta edição das Conferências do Estoril, em que se assinala também o décimo aniversário desta iniciativa bienal. |
PRAZA_20463 | GALERÍA DE IMAXES | A marcha contra a segregación que partiu de Cee o mércores chegou este sábado a Compostela tras percorrer 70 quilómetros. "Temos claro de parte de quen estamos", din os portavoces de En Marea, PSdeG e BNG. | Despois de máis de 70 quilómetros camiñados desde a súa saída de Cee o pasado mércores, varios centos de traballadores e traballadoras de Ferroatlántica e as súas familias chegaron este sábado a Santiago para, xa nas rúas da capital, converter a súa longa marcha en manifestación contra a intención de Ferroglobe, antiga Ferroatlántica, de segregar os negocios de produción hidroeléctrica e ferroaliaxe como paso previo á venda das centrais que explota nos ríos Xallas e Grande. Da Xunta depende autorizar ou non esa segregación solicitada polo grupo do empresario Juan Miguel Villar Mir, que o comité de empresa considera que suporía a fin dos empregos da firma na Costa da Morte. Segundo denuncian os traballadores, esta ofrécelle á Xunta un plan industrial para a comarca cos cartos obtidos coa venda das centrais mentres aos seus accionistas lles di que eses fondos servirán para sanear as contas da compañía. A marcha contra a segregación que partiu de Cee o mércores chegou este sábado a Compostela tras percorrer 70 quilómetros Coa manifestación que os levou polas rúa de Santiago ata as portas da Xunta, os traballadores reclaman que o Goberno galego non autorice a segregación, decisión que consideran que sería política e non técnica, mentres que o executivo vén deitando esa responsabilidade nos seus técnicos ao tempo que o propio Feijóo se presenta el mesmo como garante dos empregos na comarca. Este sábado o portavoz do comité de empresa, Alfonso Mouzo, mesmo lembrou o apoio da Xunta de Manuel Fraga en 1992 á unión dos dous negocios, a produción hidroeléctrica e a ferroaliaxe, como garantía de futuro. En Marea, PSdeG e BNG: "Temos claro de parte de quen estamos" Temos claro de parte de quen estamos", din os portavoces de En Marea, PSdeG e BNG Durante a súa marcha desde Cee, ao igual que este sábado na manifestación en Santiago, o persoal de Ferroatlántica contou co apoio de En Marea, PSdeG e BNG, cuxos portavoces parlamentarios, Luís Villares, Xoaquín Fernández Leiceaga e Ana Pontón, así como outros deputados, mesmo camiñaron uns cantos quilómetros cos traballadores. Este sábado os tres coincidiron en apoiar aos traballadores verbalizando dun xeito ou doutro unha mesma idea: "Temos claro de parte de quen estamos, dos traballadores". Para Pontón, a protesta estalle a dicir "a Feijóo que escoite e non ceda á chantaxe dun empresario imputado pola financiación do PP". Segundo Leiceaga, "a actividade e o emprego na Costa da Morte non se pode poñer en risco, pedímoslle á Xunta que tome nota". Pola súa parte, Villares criticou que a Xunta queira "devolver favores" a Villar Mir e non atender "os intereses da xente". |
NOS_6088 | Convocada a través das redes sociais para rexeitar a monarquía. | Unha convocatoria está a percorrer as redes sociais chamando a protestar este 24 de decembro durante o tradicional discurso do rei español. Co lema "Non á monarquía! Galiza non ten rei!" convídase a facer un 'apagón' televisivo ás 21:00 horas (hora de inicio do discurso de Felipe VI). Ademais, chámase a que, a esa mesma hora, saír a balcóns e xanelas nunha cazolada para protestar contra a monarquía. Non é a primeira iniciativa deste tipo. O pasado mes de marzo houbo na Galiza e no Estado unha cazolada contra o monarca español. Tarteiras, potas, cazolas, culleres, garfos... Todo foi válido para, ás 21 horas do 18 de marzo, facer ruído e barullo no mesmo momento no que a través da radio e televisión Filipe VI daba o seu 'Discurso a la Nación'. Numerosas persoas saíron a balcóns e xanelas para facer visíbe, e audíbel, o rexeitamento á monarquía española na segunda acción deste tipo no día. A da noite, foi máis numerosa e ruidosa que a primeira, que tivo lugar ás 12:00. Ambas as dúas convocatorias 'rularan' a nivel de todo o Estado polas redes sociais nestes días. A segunda emprazaba á cazolada no mesmo momento, 21:00 horas, nas que estaba previsto o inicio do discurso do rei español. Unha iniciativa apoiada por formacións soberanistas como BNG, ERC, CUP ou Bildu, entre outras, que nun comunicado conxunto chamaron a "axitar as cacerolas para expresar a urxencia de dicir adeus á monarquía e construír as repúblicas dos pobos". |
NOS_40091 | A fronte nacionalista levará no seu programa medidas contra o maltrato animal e a prol da supresión das touradas na Galiza. | Ana Pontón, candidata ás vindeiras eleccións nacionais galegas pola circunscrición da Coruña, reuniuse esta cuarta –xunto con outros representantes da fronte nacionalista—con Rubén Pérez Sueira, membro de Libera! e voceiro da plataforma Galiza mellor sen touradas. Na xuntanza, @s nacionalistas achegaron posturas co activista e debullaron as medidas que o BNG levará no seu programa electoral co obxectivo de "fomentar o respecto e a protección dos animais así como impulsar as modificacións lexislativas que sexan necesarias para impedir a celebración de touradas en Galiza", asegurou. Segundo afirmou Pontón o obxectivo é suprimir este tipo de "prácticas" cruentas do país, pois non "representan a cultura galega" senón que pola contra pretenden ser inxeridas "forzosamente no país". Aliás, o voceiro de Galiza mellor sen touradas, Rubén Sueira, asegurou que na Galiza é preciso eliminar aquelas actividades que supoñan un tratamento antinatural e violento contra os animas, entre as que se atopan –ademais das touradas--, outras prácticas como o tiro ao pombiño. Neste sentido, Ana Pontón, avanzou que o BNG levará no seu programa electoral propostas que melloren a situación de moitos animais a través do apoio institucional ao tecido asociativo que traballa na súa defensa e protección. Entre os exemplos, Pontón fixo énfase na necesidade de mellorar as condicións de traballo das canceiras e protectoras de animais, cuxos orzamentos se viron enormemente diminuídos nos últimos anos, sendo incapaces de facer fronte ás necesidades dos animais. |
NOS_20042 | O número 345 do semanario en papel Sermos Galiza chegou esta semana aos quiosques e fíxoo acompañado dunha publicación especial sobre Nós Diario, o novo medio que impulsa a empresa e que verá a luz de maneira continuada desde o 2 de xaneiro de 2020. | Como cada quinta feira o semanario en papel Sermos Galiza voltou aos quiosques mais esta vez fíxoo coa incorporación dunha publicación especial, de 12 páxinas, que reproduce parte do deseño gráfico de Nós Diario, o medio que impulsa a empresa e que verá a luz de maneira continuada desde o 2 de xaneiro de 2020. O suplemento, que informa da saída de Nós Diario –xornal en papel de terzas a sábados e en soporte dixital todos os días do ano, inclúe textos de Pepe Barro, grafista encargado do deseño do diario en papel; de Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., de María Obelleiro, directora de Sermos Galiza, e de Margarita Ledo, catedrática de Comunicación Audiovisual da USC. Ao longo das 12 páxinas, a publicación explica o porqué da escolla da cabeceira e os detalles do deseño, incluídas as tipografías que empregará. Aliás, recolle a estrutura do diario en papel por bloques (as informacións repartiranse en catro bloques: Galiza, Economía e traballo, Internacional e Cultura e axenda) e con seccións de ruptura (caso de Opinión e de En Foco, entre outras). Tamén se dá conta das liñas xornalísticas que practicará o novo medio –cuxos números cero en papel verán a luz a finais de 2019 e que sairá á rúa e na rede a partir do 2 de xaneiro de 2020–. Este suplemento foi entregado ás persoas que asistiron á presentación da cabeceira e das principais liñas de deseño gráfico e xornalístico de Nós Diario, que decorreu o sábado, 4 de maio, na Nave de Vidán, en Compostela. O semanario en papel co suplemento incluído están xa dispoñíbeis nos quiosques e puntos de venda habituais. |
NOS_14750 | Teresa Romero gaña a batalla. O segundo test deu negativo. A enfermeira galega venceu definitivamente a enfermidade. | A segunda análise deu outravolta negativo e clinicamente iso significa que Teresa Romero, a enfermeira galega que se tornou na primeira persoa en contraer ébola fóra de África, está completamente curada. A partir de agora, a sanitaria, de 44 anos e natural de Becerreá, poderá baixar á planta, nos próximos días, e abandonar a estancia de máxima seguranza biolóxica en que se achaba internada desde o pasado 6 de outubro. É imposíbel determinar cal dos tratamentos que se lle aplicaron a Teresa (o plasma dun enfermo e un antiviral) foi o factor decisivo para superar unha doenza letal no 70% dos casos Conclúe aquí do ponto de vista médico a crise do ébola, mas fican moitas incógnitas por despexar. Existen múltiples indicios que permiten afirmar que Teresa non só foi vítima do virus, senón tamén da neglixencia das autoridades médicas españolas que non estabeleceron un protocolo de seguranza que garantise o dereito á saúde das persoas que atenderon os dous relixiosos españois repatriados de África, nun estado de enfermidade xa moi avanzada, por unha decisión do Estado español. De facto, o marido de Teresa Romero, Javier Limón, internado tamén no mesmo hospital que a súa compañeira, anunciou este domingo que recorrerá aos tribunais para denunciar a "grande trapallada" das administracións sanitarias na xestión do ébola. Cumpre lembrar que, nomeadamente nos primeiros compases da crise, o PP caiu na tentación de tentar responsabilizar en solitario a Teresa polo contaxio -alegando imprudencia ao tocarse a cara cunha luva. Nas actuais condicións do coñecimento científico de enfermidade é imposíbel determinar cal dos tratamentos que se lle aplicaron a Teresa (o plasma dun enfermo e un antiviral) foi o factor decisivo para superar unha doenza que en África rexista taxas de mortalidade no entorno do 70%. |
NOS_47687 | Xa que nos atopamos nun periodo de corentena hai que buscar actividades para celebrar este día tan especial, porque non toda a diversión está fóra | Celebrar o Día do Pai na casa non é sinxelo, pero o coronavirus fará que todos quedemos na casa este ano. Resulta unha mágoa celebralo na casa. Todos sabemos que Galiza é un lugar máxico e que sempre hai recunchos que visitar pero desta vez non será posíbel polo coronavirus. Aínda así, recoñezámolo, moitas veces precisamos un intre coa familia e por iso agasallámoste cunhas ideas para celebrar o Día do Pai na casa. Turismo rural na Galiza profunda: 7 lugares para perderse Prepara o seu prato favorito Se as galegas e galegos destacamos en algo, é na gastronomía tan boa que temos. Con moito agarimo, cociñarlle un prato favorito será do máis divertido se o convertes nunha actividade familiar. Quen mellor que o protagonista do día para escoller o prato? Todos sabemos que onde se poña un polbo con cachelos ou un bo cocido, fóra todo o demáis. Confía, que escollerá ben! Compartir uns intres na cociña sempre beneficia a todos. As máis cativas demostran todo o que saben, ademáis de probar alimentos novos. Día de xogos Para unha nai ou pai non hai nada mellor ca risa da súa filla ou fillo. Cal é a mellor maneira de facer rir unha nena? Pois a resposta é sinxela, non parar de xogar. A rutina moitas veces non permite a nais e pais gozar tanto de intres coas máis pequenas da casa. Por iso, o Día do Pai é un bo momento para conectar con elas e partillar moito todas xuntas. Que xogos son os máis adecuados? Calquera xogo compartido é bo, desde xogos de mesa, de construción, debuxos, quebracabezas, o agocho… Non hai oco para o aburrimento! 5 cociñeiras e cociñeiros galegos na cima da gastronomía Artes plásticas Unha das maneiras máis entretidas de pasar o tempo na casa é esta. Require un pouco de paciencia e creatividade por parte de todas e todos pero é un plan incríbel para gozar do Día do Pai. É unha actividade que se pode adicar aos pais, así pódense elaborar proxectos con temas relacionados cos seus gustos. Hai unha chea de ideas! Cinema Cal é a película favorita? Aproveitar o Día do Pai na casa para encherse de cultura é un plan case obrigado. Películas ou series en galego clásicas ou das máis actuais son boas opcións para compartir. Xa sabes o que tedes que facer, flocos de millo, apagar as luces e asentarse no salón... A gozar! Contos Calquera día é bo para ler un conto ou botar un conto. Pasar o Día do Pai na casa é unha boa oportuidade para educar as máis pequenas cos libros. Ler contos sobre nais e pais, a maternidade e paternidade, ou os diferentes tipos de familia sempre é boa opción. Un bo conto tamén é contarlles ás fillas e fillos anécdotas relacionadas cos pais ou cos avós. Un conto da historia familiar. 5 pratos tradicionais galegos para gozar en inverno Xincanas Se o seu son os retos, o Día do Pai na casa é unha boa oportunidade para amosar as súas poderosas habilidades. Os máis cativos pasarano en grande con esta actividade. Podes facer misións, facer carreiras de obstáculos, probas en grupo e probas de habilidade. Mesmo pode sacar a súa vea de detetive e descifrar diferentes mensaxes seguindo as pistas. Como podes ver, o feito de estar de corentena polo coronavirus non implica que non podamos pasar unha estipenda xornada na casa. E, lembra, calquer día do ano é bo pasar tempo todas xuntas, nunca está de máis lembrar o que é importante na vida. |
NOS_35043 | Na serie de entrevistas políticas que vimos publicando no semanario, desta volta será Antón Losada, profesor da USC e analista, quen ofereza os seus pontos de vista após a nova convocatoria de eleccións no Estado. Será no Sermos194, esta quinta feira xa nos pontos de venda habituais. | O director de Sermos, Xosé Mexuto, conversa con Antón Losada coa actualidade política como argumento. O profesor da USC e tertuliano da SER analisa non só os aspectos máis de conxuntura canto aqueles que teñen o aspecto de iren perfilando unha nova estrutura de partidos no Estado. Reflicte aínda sobre a situación do nacionalismo galego e o discurso que o BNG debe incorporar na próxima campaña eleitoral. Alén da entrevista, o Sermos194 contén unha reportaxe moi documentada sobre as posesións na Galiza a familia Franco, ben como unha análise da actual situación do sector eólico no noso país. |
PRAZA_12058 | Os recortes nos apoios económicos de Xunta, concellos e dalgunhas entidades financeiras, poñen en risco a continuidade dalgunhas citas musicais e obrigan á máxima austeridade a outros eventos. | Hai uns días comezouse a falar da posibilidade de que neste ano non se celebrase o Festival do Norte de Vilagarcía de Arousa, o festival pop máis importante de Galicia, que en 2011 celebrou o seu décimo aniversario. Os recortes nos apoios económicos de Xunta, concellos e dalgunhas entidades financeiras, poñen en risco a continuidade dalgunhas citas musicais e obrigan á máxima austeridade a outros eventos. O Concello de Vilagarcía decidiu recortar a súa achega económica de 60 mil a 24 mil euros, o que sumado ao previsible recorte no apoio da Xunta de Galicia e ao seguro de NovaGaliciaBanco (patrocinador principal do festival o pasado ano), podían facer inviable a celebración do FdN, que contaba cun orzamento de medio millón de euros, neste 2012. O festival, que xa contaba coa actuación estelar de Los Enemigos, podería tentar unha alternativa, apostando por bandas cun caché inferior, renunciando aos artistas de fóra de España e botando man de grupos galegos. O Cultura Quente xa anunciou que o orzamento será inferior e que terá que buscar opcións máis económicas Algo semellante sucede co Cultura Quente de Caldas, que tamén viu reducida a achega que recibirán do Concello, de 132 mil euros a 60 mil. Porén, o festival confirmou a celebración da súa edición 2012, aínda que xa anunciou que o orzamento será inferior e que terá que buscar opcións máis económicas, aínda que manterá o esquema de dous días de concertos. Ao reducirse o orzamento, será o propio Concello o que asuma a xestión e non a promotora Esmerarte, que dirixía a celebración do festival dende 1998. Esta mesma semana coñecíamos que o Festival Sinsal tamén quedaba sen o apoio do Concello de Vigo, aínda que ao igual que o Cultura Quente, confirmaba a súa continuidade. Sinsal cumpre dez anos, unha década na que trouxo a Galicia (primeiro só en Vigo e despois tamén a Compostela ou Ferrol) a Explosions In the Sky, Gang Gang Dance, Múm, Dominique A, Lali Puna, CocoRosie con Antony & the Johnsons, Young Marble Giants, Dirty Projectors, Bonnie Prince Billy, Ariel Pink's Haunted Graffiti ou Joanna Newsom. Sinsal presentou recentemente un proxecto de mecenado que ofrece a posibilidade de facerse socio do festival por 50 euros ao ano, entre outras formas de colaboracións. O Sereas e Piratas, que celebra na praia de Razo (Carballo) en xullo, vaise celebrar e xa traballa en pechar a edición deste ano. Os seus responsables indican que "notamos as limitacións no finanzamento xa que este ano non percibiremos do Concello a cantidade de edicións pasadas". Porén, din que "é unha situación á que estamos acostumados: facer malabarismos para que os números coincidan". Para o Sereas e Piratas a solución pasa por "tentar conseguir cada vez máis patrocinadores, labor dífícil debido á situación económica na que vivimos, pero co que estamos esperanzados debido ó crecemento e ó apoio que sentimos por parte de diferentes sectores, xa que ademáis da nosa oferta musical, o noso festival está íntimamente ligado á actividade que organizamos polo día, campeonatos de surf, de longskate e longboard, aproveitando as condicións que ofrece a praia de Razo onde realizamos o evento, na que se atopan as escolas de surf máis importantes de España". "Durante este tempo tivemos inmensas dificultades para chegar ás administracións que non dubidaban en dar diñeiro a festivais que só aguantaban un par de edicións" O Felipop, en Fene, é un exemplo de austeridade e imaxinación, de procura de alternativas á escaseza de cartos. Dende o festival que se celebra en agosto en Limodre, "levámolo notando desde hai catorce anos e tamén queixándonos e pelexando ese mesmo tempo. Temos asumido desde un principio o que somos, o que queremos e onde estamos e por iso sempre tivemos ese punto de coherencia, sobrevivimos porque somos un exemplo de boa xestión, aínda así parece que iso non se premia. Durante este tempo tivemos inmensas dificultades para chegar ás administracións que non dubidaban en dar diñeiro a festivais que só aguantaban un par de edicións. A quen lle interesa un pequeno festival nunha parroquia de menos de 500 habitantes?". O Felipop destaca que "o único apoio constante nestes últimos anos é o do Concello de Fene e a Deputación". Excepcións Con todo, hai excepcións. O Reperkusión de Allariz adianta este ano as súas datas (dende setembro até o 17, 18 e 19 de maio), cambia de espazo (cun novo recinto para concertos máis amplo) e presenta un cartaz de peso, coa confirmación de Manu Chao, que fará dous concertos coa formación "Manu Chao La Ventura". Xunto a el están confirmadas outras bandas menos coñecidas pero tamén moi potentes como Russkaja e Funky Style Brass, ademais de Os 3 Trebóns e Festicultores Troupe. Así e todo, o festival tamén nota a diminución das axudas: "estamos pendentes aínda de negociacións con varios patrocinadores, incluído Agadic. Sabemos que este ano se está recortando moito o apoio a festivais desde as administracións, pero non renunciamos a contar co apoio da Xunta porque cremos que é fundamental a combinación de achegas públicas, privadas e dos asistentes para sacar adiante un festival como noso, cunha traxectoria e unha incidencia social destacadas". As alternativas pasan por aumentar algo os prezos das entradas, un aumento que está xustificado pola calidade do cartel. "O Concello de Vilalba ten como obxectivo converter o FIV na marca xove da vila" Pola súa banda, dende o FIV de Vilalba, que se celebrará o 30 e 31 marzo (con Corizonas, Columpio Asesino ou Facto Delafé como cabezas de cartel) salientan que o festival "é un caso atípico xa que, lonxe de recortar presuposto o aumentamos case nun 60% con respecto ao da edición do 2011. O Concello de Vilalba ten como obxectivo converter o FIV na marca xove de Vilalba e que este festival sexa unha referencia no noroeste de España o que, sen dúbida, traerá múltiples beneficios á nosa vila". Parece que os recortes tampouco afectan demasiado ao Derrame Rock de Ourense (28, 29 e 30 de xuño), que presenta un cartaz de luxo, con varias ducias de grupos e a confirmación de Los Enemigos, na que polo de agora é a súa única data confirmada este verán en Galicia. Ademais, actuarán Loquillo, Bad Manners, Rosendo, Sepultura, Los Chikos del Maiz, Novedades Carminha, Os Cuchufellos, Ulträqäns, Zenzar y Mitocondrias ou O Sonoro Maxín. |
NOS_54192 | Martínez farase cargo da Concellaría de Deportes. Esta fichaxe da alcaldesa Inés Rey implica unha ampla renovación no Goberno local, pois a propia rexedora quedará coas competencias de Cultura. O edil Jesús Celemín ficará só coa responsabilidade en Educación, Turismo e Seguridade Cidadá pasarán a mans de Juan Ignacio Borrego e Diana Cabanas seguirá á fronte de Mercados e Comercio | A que fora concelleira de Ciudadanos pola Coruña, Mónica Martínez, pasará a formar parte do Goberno local dentro do equipo que dirixe a alcaldesa Inés Rey. Esta fichaxe foi confirmada esta terza feira pola propia rexedora, que destacou "o compromiso" da edil coa cidade. Asimesmo, recordando o bo entendemento durante a súa etapa en C's -partido no que causou baixa hai meses-, Rey incidiu na súa "enorme capacidade de diálogo e vontade de aportar e sumar en cada proxecto que entende beneficioso". Despois de deixar a formación laranxa a principios no mes de xuño, a concelleira (xornalista de profesión) quedou coa acta e sen adscribirse a ningún grupo. Agora, con este cambio na súa situación, pasará a ser a responsábel da Concellaría de Deportes. Martínez é moi coñecedora deste campo, ao que ten estado moi ligada na súa faceta como xornalista, polo que Rey confiou nela para o posto. No entanto, este cambio implica outra serie de movementos no Executivo socialista da Coruña. Mentres que a edil fixa como meta que o deporte sexa "eixo transversal" no municipio, Rey asume as competencias de Cultura. "Esta nova realidade que temos que xestionar oblíganos e pídenos a reestruturación", xustificou a alcaldesa. O até agora responsábel deste departamento, Jesús Celemín, ficará só coas tarefas de Educación, dado que este curso a área require un "sobreesforzo".Pola súa banda, Juan Ignacio Borrego, do que dependía Deportes, será o coordinador de Seguridade Cidadá e levará Turismo. Asimesmo, asumirá a tarefa de ser o primeiro tenente de alcalde. Por último, a concelleira Diana Cabanas quedará co seguimento e atención aos barrios, Mercados e Comercio ao perder as responsabilidades sobre a estratexia turística da Coruña. |
PRAZA_1360 | O Movemento Galego da Saúde Mental acusa a Consellaría de Sanidade de "mentir" nos argumentos empregados para xustificar o recorte e sinala que "a quen nos goberna élle indiferente que a situación dos máis febles da sociedade siga a empeorar" | "A quen nos goberna élle indiferente que a situación dos máis febles da sociedade siga a empeorar. Eles teiman nos recortes en servizos esenciais para a poboación, nomeadamente da sanidade pública". Con estas duras palabras o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) vén de responder ao peche de 15 camas na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Medico - Cirúrxico de Conxo, anunciada pola Consellaría de Sanidade. Un recorte que chega, lembra o colectivo, nun momento de "agravamento" das condicións de saúde mental da poboación, "cuns indicadores de mala evolución incontestables: o aumento de trastornos psíquicos, o incremento dos suicidios, a elevación do consumo de psicofármacos, a maior morbi-mortalidade daqueles que sofren trastorno mental grave". "A quen nos goberna élle indiferente que a situación dos máis febles da sociedade siga a empeorar" Ademais, o MGSM acusa a Sanidade de "mentir" nos seus xa coñecidos argumentos empregados para xustificar o peche de camas, principalmente as vacacións do persoal e que "sempre se fixo así". "Non lograron pechar o ano pasado, no que foi o primeiro intento de supresión de prazas psiquiátricas aproveitando o que chaman "peche estacional". Non é certo que sempre se fixera", sinala o MGSM, que tamén salienta que "os profesionais de saúde mental veñen asumindo dende sempre temporalmente a variación da carga de traballo estacional para posibilitar o descanso de todos/as, sen por iso eliminar ningún recurso asistencial". O MGSM acusa a Sanidade de "mentir" nos seus xa coñecidos argumentos empregados para xustificar o peche de camas, principalmente as vacacións do persoal e que "sempre se fixo así" O MGSM denuncia que "o recorte que dende a Consellería e a Xerencia da Área se está a realizar en persoal asistencial fai que se achegue o momento da redución de prazas hospitalarias". E salienta que "non sobra, nin tan sequera temporalmente, unha soa praza de hospitalización psiquiátrica na Área Sanitaria de Compostela, xa que as condicións de saúde mental da poboación están a agravarse" e que "os padecementos psíquicos non son estacionais". Alerta, igualmente, de que dende a Consellaría se está a levar a cabo unha política consistente en "negar" ou "demorar" o ingreso psiquiátrico "ou mesmo dando a alta precozmente", derivando así "de xeito inaceptable a carga do coidado e a asistencia sobre as familias dos pacientes". O colectivo xa denunciou noutras ocasións que as restricións na hospitalización psiquiátrica teñen como obxectivo "ofrecer unha imaxe de sobredotación de recursos". "Búscase unha falsa rendibilidade dos recursos sanitarios existentes a través dun uso que na realidade limita o dereito á asistencia do paciente" -engaden- "Cremos que todo isto forma parte dun argumentario para reducir recursos, e reducir camas significa sempre reducir persoal". O colectivo xa denunciou noutras ocasións que as restricións na hospitalización psiquiátrica teñen como obxectivo "ofrecer unha imaxe de sobredotación de recursos" Miguel Anxo García Álvarez, portavoz do Movemento, sinalaba hai uns meses en entrevista con Praza que segundo o informe SESPAS se produciu "un incremento no consumo de antidepresivos, de hipnóticos e de tranquilizantes, e tamén aumentaron os trastornos de ánimo ou o incremento de consumo de alcol, por exemplo". Circunstancias que se deben "a un cambio significativo das condicións de vida da cidadanía". "Noutros ámbitos os efectos dos recortes e da crise económica poden tardar máis tempo en manifestarse, pero na saúde mental o efecto prexudicial da crise é seguro e é importante", engadía. A falta de cifras oficiais, o MGSM estima o número de suicidios en Galicia en 2014 en 390, moi por riba dos 333 do pasado ano ou dos 275 casos do ano 2010. O aumento é do 41% en catro anos. "Noutros ámbitos os efectos dos recortes e da crise económica poden tardar máis tempo en manifestarse, pero na saúde mental o efecto prexudicial da crise é seguro e é importante" "Non é tolerable o peche dun só recurso de atención á saúde mental. A infradotación nesta área asistencial é recoñecida por todos. O empeoramento da saúde mental da poboación por culpa da crise está demostrado" -conclúe o Movemento- "É unha proba de inxustiza, insensibilidade e irresponsabilidade dos nosos gobernantes reducir recursos de hospitalización psiquiátrica nun momento así". |
PRAZA_8801 | Un conselleiro da petroleira mexicana confirma que era "imposible asegurar que os floteis se fosen construír en Galicia", ao contrario do que prometera a Xunta e aclara que "o de Navantia aínda non está resolto". | Foi unha negociación "moi dura" e "de costas a todos e en silencio", recoñeceu este luns José García Costas, presidente do estaleiro Hijos de Barreras, logo de confirmar que a entrada de Pemex no accionariado da empresa (coa adquisición do 51%) farase cunha "achega de diñeiro" -queu podería roldar os 20 millóns de dólares- e descartando que o prezo do flotel que se construirá se vaia descontar da operación. "Barreras meteuse nesta operación para garantir o seu presente e o seu futuro", engadiu o presidente do estaleiro sobre un acordo que implica o control da empresa galega por parte da petroleira estatal mexicana. Foi unha negociación dura, pero con moitas máis cartas na man para unha Pemex que viu como a imposibilidade de Feijóo e a Xunta de garantir o cumprimento da súa promesa para a construción do flotel facilitou a operación para a compañía azteca. As dificultades económicas de Barreras fixeron o resto. "Era imposible asegurar que os floteis se fosen construír en Galicia", confirma un conselleiro de Pemex Confírmao a Praza un dos conselleiros de Pemex coñecedor das negociacións, que aclara que "en efecto" era "imposible que puidese haber un 100% de certeza de que os floteis se fosen construír en Galicia". "O proceso implicaba unha licitación pública internacional", insiste esta mesma fonte, que volve deixar claro que nunca foi certo que a construción do buque hotel no estaleiro vigués estivese asegurada, tal e como asegurou Feijóo desde semanas antes das últimas eleccións autonómicas e logo de acumular meses de atraso no inicio dos traballos que aínda non chegaron. Así, engade que "aínda que nunca se puxo sobre a mesa unha disxuntiva do tipo 'ou se controla o estaleiro ou non hai floteis", si cre que "está claro" que as dificultades económicas de Barreras e as vantaxes coas que agora conta Pemex "facilitaron as cousas". Pemex non dá por segura a construción doutro flotel en Navantia: "O tema aínda non está resolto" Que foi o que facilitou as negociacións para a petroleira mexicana? "Por unha parte as dificultades do estaleiro, así como a seguridade de Pemex que poderá asignar directamente e sen complicacións a unha filial onde é socio maioritario", insiste esta mesma fonte do consello de administración de Pemex, que confirma as dificultades de Barreras para adquirir o aval necesario para asumir a construción do buque. No entanto, este mesmo conselleiro deita dúbidas sobre o flotel que ten previsto construírse en Navantia, malia que o propio presidente da Xunta segue manifestando a súa confianza en Pemex e nas súas promesas de cara ao estaleiro da ría de Ferrol. "O de Navantia aínda non está resolto", di, sen querer engadir máis detalles. A mesma fonte considera tamén que, co acordo entre a petroleira mexicana e o estaleiro vigués, "gaña Pemex e gaña Galicia". "Gaña Pemex ao poder planear e implementar con maior axilidade e mellores custos o seu plan de renovación da flota petroleira, e gaña Galicia porque se salvan e incluso se xeran empregos", conclúe. O prometido flotel, que debería comezar a construírse en breve, deberá entregarse en 26 meses despois dos comezos e está previsto que nel traballen sobre uns 800 operarios, pero todo dependerá do "ritmo" do traballo, tal e como aclarou o presidente de Barreras, que prevé construír máis dun barco para Pemex de maneira inminente. |
NOS_50901 | Animalario estrafalario é o terceiro libro que o escritor dedica ás crianzas, após Acuarelas e Patente de corso. Trátase dun catálogo de cen animais aos que lle dedica cadanseu poema. Animalario estrafalario é o segundo libro publicado en e-pub por Sermos Galiza e que está ao dispor na nosa loxa. | -Cunha sólida traxectoria literaria que comezou hai máis de vinte anos, como se produce o encontro co público lector infantíl? Como escritor supuxo un reto. É un cambio na maneira de escribir, os destinatarios son outros, rapaces e rapazas. O primeiro libro que publiquei puiden testalo antes nas aulas e resultou unha experiencia moi grata. Iso animoume a continuar escribindo para esa idade. A compensación é ter un público espontáneo. Ademais, entendía que había pouca poesía infantil en galego escrita neste tempo e a vontade de responder a esta necesidade tamén me animou. A receptividade foi grande. -Os seus poemas para crianzas achéganse moito ás cancións, con grande sonoridade, rima e ritmo moi acusados. Niso cambiei os parámetros da escrita. Obrigueime a escribir con rima, cun ritmo máis claro que se prestase moito á oralidade, á diferenzada anterior que escribía, digamos, para o papel. Tamén o obxecto libro e´diferente e, en certa maneira, busquei unha liña máis lúdica que non tiña na poesía para adultos. Máis próxima tamén. En concreto este libro está escrito nunha estrofa chamada Limerick da que fala Gianni Rodari, poemas de cinco versos e tema disparatado. Collín esa estrutura e adapteina á lingua e ao motivo. -O catálogo de animais é xeneroso, próximos, lonxanos, fantásticos, reais... por que un animalario poético? Son cen animais con cadanseu poeta. O mundo dos animais está moi presente na infancia, nos debuxos, nos relatos, no entorno e na propia socialización das crianzas. Tratei de mesturar animais que son máis coñecidos con outros que están nos libros, algúns que nunca viron cos que están próximos. Quixen integrar os do día a día cos máis lonxanos da vida cotiá. Desde animais míticos até, poño por caso, unha bertorella, que lles chega aos pratos. Posibelmente sexa a primeira vez que se lle fai un poema á bertorella! -Fina Casalderrey citou no seu discurso unha frase de Neira Vilas que di "os zocos para un neno levan menos pau, pero dá máis traballo facelos". Trátase dun exercicio literario máis complexo? Complexo e traballoso. Eu estaba noutro tipo de poesía no que xa tes un modelo de escrita, pero aquí partes de cero. Requeriume pensar o libro con antelación e certa disciplina. Detrás hai suor e ter claro onde quería ir. -Que aporta a poesía á infancia? Por unha parte, satisfacción, se conseguimos darlle algo que lle guste, logo versatilidade no uso da lingua. Enriquece non só polo vocabulario senón tamén polas estrutura. A estas idades a recepción é fácil, a poesía chégalles sen grandes dificultades. Con rima e moito xogo interno non teño dúbida de que contribúe á adquisición da linguaxe. -Animalario estrafalario ve a luz en edición dixital, que supón para vostede como autor? Os formatos dixitais ofrecen importantes posibilidades para a literatura. Non son catastrofista con respecto ao libro en papel mais vai ter que coexistir con outros formatos e cómpre ter en conta que hai xente que xa se está alfabetizando dixitalmente. Para min publicar en dixital abre outras portas á difusión. -Tamén é certo que o soporte tenlle que ser familiar. Vostede foi autor dun dos primeiros blogues literarios en galego, pioneiro en botar man da rede como ferramenta de difusión cultural. Son dos que nunca lle puxo reparos á experimentar coas novas tecnoloxías e mesmo tratamos de incorporalas ao noso discurso literario. O formato dixital é máis barato, máis accesíbel entón para a xente, e pode chegar a públicos de todo o mundo. -E unha saída para xéneros que, como a poesía, están a ter dificultade para se transformar en libro. Está. Volve a haber moita edición de autor, edicións artesanais e pequenas porque a xente segue creando, mais publícase menos. A crise golpea moi forte o sector do libro, porén hai capacidade de reacción porque se continúa a escribir. |
NOS_7530 | No vixésimo aniversario da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti), Nós Diario conversa coa súa presidenta, Iria Taibo, arredor da situación actual das e dos profesionais, das consecuencias da Covid-19 no seu traballo, da edición literaria e do papel da Administración. | A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti) levou a cabo unha asemblea ordinaria e outra extraordinaria, con motivo do seu vixésimo aniversario e, para alén de facer balance da situación actual, organizar o programa de actividades para 2021. As xuntanzas tiveron que ser virtuais debido ás restricións sanitarias causadas pola Covid-19, "que nos condiciona e nos leva a reforzar as reivindicacións laborais", explica Iria Taibo, presidenta de Agpti. Refírese especificamente á preocupación da entidade polas cuestións vencelladas coa interpretación e o Xacobeo 2021, "xa que temos algunha queixa porque se están a organizar actos nos que pasan dúas cousas que nos parecen graves". "Unha delas é que non están a respectar as condicións de traballo comunmente aceptadas", detalla Iria Taibo, en referencia ao número de horas de traballo consecutivas de cada intérprete e ao número de persoas que integran cada proxecto. Mais a situación da lingua nos eventos do Xacobeo tamén preocupa, xa que "a consecuencia engadida [da situación sanitaria] é que entren en xogo as grandes empresas a ofertar servizos e se esquezan as intérpretes galegas". Algo que segundo Taibo "xa está a pasar en cuestións que teñen que ver coa Administración e nas que o galego na práctica acaba por desaparecer, ao facerse todo a través dunha plataforma facilítase que sexa doutro modo, cando antes o máis habitual era que fosen intérpretes galegas", alerta. A intérprete invisíbel A Agpti busca encontros e xuntanzas coa Administración mentres deseña "un plan de actuación en varias vías, tamén de denuncia pública", porque "débense respectar e protexer os dereitos das traballadoras, tanto no ámbito da interpretación como da tradución", conta Iria Taibo. No eido da interpretación a cuestión da visibilización do traballo é unha reivindicación histórica das profesionais, "aínda que moitas veces do que se trata é de que non se nos vexa, de que o servizo funcione sen máis, mais si que nos preocupa o respecto polas condicións de traballo", sinala a presidenta. "A nosa preocupación é o feito de que se traballe en remoto non pode implicar que a profesional teña que ocuparse da parte técnica. É moi importante respectar o número de horas de traballo, mais co tema das plataformas dixitais asúmese que hai que facer unha proba antes para ver que todo funciona ben, pero a intérprete entón ten que ter dispoñibilidade". Taibo recalca que son "detalles que poden parecer insignificantes" pero que redundan na calidade do traballo. "Son cousas que no sector se dan por supostas e nun traballo presencial é moi raro que se incumpran, mais no dixital xa non é así". Nesta liña, a presidenta de Agpti lembra que o de intérprete é un traballo "cognitivamente moi intenso" e en remoto aínda máis. Os terreos da tradución Taibo insiste en que o traballo dos e das tradutoras non se cingue, unicamente, á tradución editorial, senón que ela mesma vive da súa profesión sen apenas traballo editorial. "Esta é unha campaña de visibilización que sempre temos que facer porque moita xente non é consciente de que no seu día a día lle pasan por diante moitas traducións". Instrucións de equipamentos electrónicos, páxinas web, folletos, contratos, manuais de empresa... Son algúns dos traballos que realizan estas profesionais e neles "a Administración tamén ten un papel importante". "Formamos parte do Consello Asesor do Libro, e moitas veces, como outras entidades, lamentamos que sirva só a nivel informativo, mais non escoita verdadeiramente as demandas do sector", denuncia Taibo. "Acabamos de negociar as ordes de axuda para a tradución e hai cambios na forma cos que non estamos de acordo". Refírese Iria Taibo a que as axudas "recíbenas as editoriais sen a necesidade de entregar o currículo das persoas que fan a tradución, iso parécenos estraño". Agpti tamén reivindica que se puntúe de modo diferente se a tradución dunha obra se fai desde a lingua orixinal ao galego ou a través dunha lingua ponte. Agpti estrea en 2021 a figura de 'socia de honra' recoñecendo as socias fundadoras A Agpti fundouse en 2001 co obxectivo de "defender os dereitos das e dos profesionais da tradución e da interpretación na Galiza". Agora a entidade conta con 121 persoas asociadas, das que un cento son membros profesionais e unha vintena son persoas tituladas. Sobre a evolución da profesión, Iria Taibo explica que a creación da "Facultade de Tradución e Interpretación marcou un antes e un despois, agora hai unha formación específica da xente que se dedica a isto de modo profesional". Entre esas profesionais tamén están as tres sociais fundadoras: Saleta Fernández, María Reimóndez e Lara Santos (na imaxe desde a esquerda, nun evento no Culturgal 2016), que desde a última asemblea da Agpti son, ademais, socias de honra da entidade. |
NOS_53312 | Sermos Galiza consulta fontes xurídicas para esclarecer a situación en que se atopa Francisco G.A., o traballador que conducía o comboio sinistrado en Angrois | Está detido? Non. O maquinista que conducía o comboio que descarrilou na curva da Grandeira fica ingresado no hospital, custodiado pola policía, mais non foi detido. Cal é a diferenza? A efectos prácticos ningunha. A efectos legais, a detención tería privado o maquinista completamente da súa liberdade, namentres a custodia fai referencia a que a persoa se atopa baixo o control da policía. Por que non foi detido? Adóptase a decisión da custodia policial para persoas que se atopan en condicións de vulnerabilidade, como é o caso do maquinista, que se atopa ingresado nun hospital. Está imputado? Formalmente, tampouco está imputado. A policía xudicial tomoulle declaración no marco da investigación que desenvolve e co obxectivo de elaborar o atestado, que servirá despois ao Ministerio fiscal para presentar acusacións. Non estará imputado namentres non declare perante o xuíz que instrúe o caso. Con todo, cómpre sinalar que xa lle foi entregada a citación para declarar como imputado, polo que podería dicirse que se atopa nunha situación provisoria: se a versión que ofreza convence ao xuíz de que non é responsábel do delito polo que vai declarar --homicidio por imprudencia--, entón arquivaríase a causa. No caso contrario pasaría a estar oficialmente imputado e decidiríase sobre a súa detención ou liberdade provisoria. |
PRAZA_16052 | A Asociación Cultural Os Penoucos de Valga vén de presentar a súa nova web, que inclúe un mapa colaborativo que xeolocaliza case 800 elementos patrimoniais existentes no concello, entre os que destaca a inxente cantidade de celeiros aéreos. | A Asociación Cultural Os Penoucos de Valga vén de presentar a súa nova web (ospenoucos.gal). A asociación destaca, ademais, que se trata do primeiro dominio .gal rexistrado no Concello de Valga. A entidade, fundada en 2006 por un grupo de persoas da localidade, leva máis dunha década realizando actividades de fomento da lingua e cultura galega, así como outras accións culturais, artísticas e medioambientais. Entre elas destacan ciclos de cinema social, concertos e festivais (coma o Carolina Son dedicado á Bella Otero, nacida no lugar) e iniciativas de recuperación da memoria histórica, coma a homenaxe a Celestino Carbia, alcalde da vila entre 1931 e 1936, fusilado, ou a distinción a toda a corporación municipal republicana. Aproveitando a presentación da súa nova web, a entidade lanza tamén o Mapa do Patrimonio de Valga unha aplicación que recolle a totalidade do patrimonio cultural e natural do concello, xeolocalizado. Nel pódense visualizar elementos relixiosos, pazos, escolas, fontes, hórreos, mámoas, castros ou pontes sobre varios mapas, dende a última fotografía aérea do PNOA ata o voo americano do 1956-57, que permite observar os cambios que experimentou o territorio nos últimos 60 anos. En total, son 779 elementos patrimoniais os recollidos no mapa: fontes, capelas, pazos, cruceiros, mámoas, lavadoiros... E, sobre todo, hórreos En total, son 779 elementos os recollidos no mapa, entre os que destaca sobre todo a presenza de 550 hórreos. Castelao elevou o hórreo a símbolo de fartura, e así ficou convertido no emblema da editorial Nós. "Fartura de corpo e de espíritu, ese ten que ser o noso país", díxolle Castelao a Ánxel Casal cando lle entregou o gravado de onde despois se obtivo a imaxe, como recolle Ernesto Vazquez Souza en A fouce, o hórreo e o prelo: Ánxel Casal ou o libro galego moderno. Hai tamén 81 bens patrimoniais relacionados coa auga (entre fontes, lavadoiros e muíños), 79 xacementos arqueolóxicos (castros, petróglifos, túmulos, mámoas...), 12 igrexas, capelas e ermidas e outros 44 elementos relixiosos (cruceiros, cruces, petos de ánima...). Pódense localizar, igualmente, seis espazos naturais destacados (fervenzas, insuas...) e sete panorámicas destacadas, dende as que se pode obter unha visión espectacular de todo Valga e dos concellos próximos. O mapa foi realizado sen contar con ningún tipo de subvención oficial O Mapa do Patrimonio de Valga é colaborativo. A asociación Os Penoucos fai neste senso un chamamento a todas as persoas que o desexen a que manden (a [email protected]) os seus comentarios, suxestións, textos ou fotos dos elementos do mapa, así como suxerir a inclusión de novos puntos. A entidade destaca, finalmente, que o mapa foi realizado sen contar con ningún tipo de subvención oficial. Mapa do Patrimonio de Valga |
NOS_15398 | O voceiro nacional do BNG fai un chamamento no acto de inicio do curso político a "unir forzas" na procura dun "cambio de rumbo radical" para Galiza. | No tradicional acto de homenaxe a Castelao celebrado en Rianxo, @s nacionalistas deron comezo ao curso político salientando a situación de "emerxencia nacional" que existe en Galiza, como reflicten "os galopantes datos do paro". Segundo o voceiro nacional da organización frontista, Guillerme Vázquez, a actual realidade social, económica e política galega é o resultado dunha "politica salvaxemente agresiva" polo que chamou "a insubmisión e á rebeldía" como única vía contra a "estúpida austeridade" promovida desde a Xunta de Galiza, o Estado e Bruxelas. "Hai que ter cabeza de mosquito e o corazón de pedra para teimar nas mesmas políticas inxustas", aseverou o voceiro d@s nacionalistas quen arengou á construción "dun bloque social" co que combater, dixo, "a política noxenta da dereita". No acto político fronte á figura do histórico nacionalista, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, desde o BNG aseguraron estar "dispostos a unir forzas" con todas aquelas persoas que concorden "na defensa do principio irrenunciábel do nacionalisto" pois, parafraseando as verbas de Castelao, Vázquez acrecentou "a soberanía, rachar coa dependencia, é fulcral para Galiza". Guillerme Vázquez: "Estamos en guerra, non hai tregua, ou gañan eles ou gañamos nós" Aliás, o portavoz do BNG, subliñou que "sen soberanía non hai democracia nin solución para os principais problemas deste país". Neste senso, exemplificou algúns dos actuais conflitos abertos como o do sector lácteo, a normalización lingüística ou o desmantelamento do sistema financeiro galego. "Estamos en guerra", afirmou con rotundidade o líder da organización frontista quen asegurou "non hai tregua, ou gañan eles ou gañamos nós, e de momento van gañando eles", nun ton que lembrou a célebre cita do magnate estadounidense Warren Buffet. Vázquez, concluíu a súa intervención apostando polas "alternativas", dixo que conduzan a Galiza cara "a unha Galiza laica e republicana, con xustiza social e orgullo de seu, a Galiza soberana á que nunca renunciou Castelao". |
PRAZA_1351 | ENTREVISTA Francisco Vizoso, xefe do servizo de Medina Preventiva do CHOP e activista a prol da sanidade pública, apela ao "debate científico" para distinguir entre a crítica á industria farmacéutica e a "necesidade de vacinar". | Francisco Vázquez Vizoso é xefe do Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) e tamén un activo defensor da sanidade pública por múltiplas canles, como o sindicato CIG-Saúde ou a plataforma SOS Sanidade Pública, entre outros ámbitos. Ante o balbordo creado polo caso de difteria dun neno de 6 anos na localidade catalá de Olot que non fora vacinado, Vizoso apela ao "debate científico". Dende unha postura crítica coa gran industria farmacéutica e partindo da base de que "a presión dos laboratorios é moi forte" o doutor subliña que o "consenso científico" sobre a "necesidade de vacinar" contra diversas enfermidades é "absoluto".Nestes días medrou o ruído mediático arredor das vacinas por mor da difteria contraída por un neno en Catalunya. Como valora o tratamento deste asunto?"As vacinas non son panaceas e algunhas presentan problemas, pero non vacinar contra enfermidades sistémicas non ten sentido científico"O tratamento mediático na prensa e nos medios de comunicación que eu percibo é dunha gran alarma co sucedido. E está plenamente xustificada. Pode haber aspectos controvertidos sobre as vacinas, pero o que non pode estar en absoluto cuestionado é a necesidade de vacinar contra entermidades como o tétano, a difteria, o sarampelo, a tosferina... Hai unha serie de vacinas no que o consenso científico sobre a súa necesidade é absoluto. Pódese ser moi crítico a respecto de moitas cousas, pero non vacinar contra esas enfermidades denominadas sistémicas non ten ningún sentido cientificamente. As vacinas non son panaceas, presentan problemas. Por exemplo, a vacina da difteria ten un compoñente de difteria bastante imperfecto e aspectos pouco claros, e non confire inmunidade a longo prazo. E a presión dos laboratorios é moi forte. Pero quen se opón a vacinas en torno ás que todo está absolutamente claro ten un prexuízo que non se sostén con datos científicos.Como interpreta que non vacinar as nenas e nenos chegue a ser interpretado como progresista?"Hai moitos aspectos nas vacinas que distan de estar claros e os intereses creados son moi importantes; outra cousa é o simplismo analítico"Estamos nun mundo onde a desconfianza cos poderes constitutídos é moi ampla e ten un compoñente que ten razón de ser. Pero moitas veces trasládase a un simplismo analístico movido pola fe. A maior parte dos movementos antivacinas só teñen fe neles e son refractarios ao debate científico, que é o que debería facerse no campo das vacinas. Hai moitos aspectos nas vacinas que distan de estar claros e os intereses creados son moi importantes, mesmo habería que darlles unha volta a vacinas que se usan masivamente. Outra cousa é o simplismo analítico, o confundir a fe coa información. Hai un sector da poboación que ten fe en todo o que teña a etiqueta de natural, e a fe por si propia é dificilmente compatible co debate científico.Que papel deben ter o Sergas e a sanidade pública en xeral como axentes concienciadores neste ámbito?O Sergas debería ter un papel activo de difusión da información e non estaría de máis que diferenciase entre aquelas vacinas cuxa administración é imprescindible e aquelas que poden ser obxecto de debate. Isto non é moi difícil. O Sergas debería protexer o debate científico nestes temas máis amplamente do que o fai e prestar maior facilidade a un debate que está absolutamente mediatizado pola industria e que non afecta ao núcleo da cuestión. O problema de Olot está fóra do debate científico."Os foros de debate sobre vacinación son financiados pola industria, a única maneira de rachar con iso é que os poderes públicos impulsen o coñecemento científico"Os foros de debate sobre vacinación son financiados pola propia industria, e iso é un problema enorme. Os organismos científicos que debaten sobre vacinas están financiados polas grandes empresas farmacéuticas e é dificilísimo ter un debate serio sen apoio da industria, porque consome recursos. Os congresos médicos son caros porque os paga a industra e págaos a industria porque son caros. A única maneira de rachar con iso é que os poderes públicos teñan claro que iso non se pode permitir e que teñen que impulsar o coñecemento científico. Que teñan claro, por exemplo, que os grandes laboratorios non fabrican determinadas vacinas porque non lles sae a conta. Durante moitísimos anos existían laboratorios de exércitos que producían fármacos de enorme calidade. É un tema complexo, certo, pero as vacinas fundamentais están fóra das patentes. O que cómpre son gobernos que realmente, sen facerlle a guerra a ninguén, teñan claro a necesidade de tomar decisións que non son simpáticas para as farmacéuticasTerían os Estados, daquela, que avalar con claridade determinadas vacinas?Os estados avalan unha serie de vacinas. De feito, os calendarios infantís están avalados polos gobernos. Agora, a credibilidade e autonomía dese debate a respecto dos intereses das grandes farmacéuticas é, cando menos, discutible. En Galicia existe, por exemplo, un comité asesor en vacinas do que eu fun membro. E os debates serios nese foro eran, como mínimo, pequenos. A presión das grandes compañías é enorme e, sobre todo en situacións problemáticas, é complicado conseguir vacinas.Deberían estar precavidos os responsables da sanidade pública ante a posible incursión deste tipo de crenzas ou pseudociencias no ámbito médico?Hai profesionais da sanidade pública que defenden abertamente ese tipo de posicións. Son poucos, pero hainos. E contribúen a esa filosofía das vantaxes do natural porque o é e punto. Isto ten moito que ver coa debilidade da formación sobre o método científico dos propios profesionais sanitarios. Os médicos, en contra do que moitas veces se di, non somos científicos de profesión. Non dominamos o método científico, e se temos maior coñecemento del é adquirido fóra do ámbito académico inicial. Ensínannos ciencia: anatomía, fisioloxía, farmacolóxia... pero non facemos ciencia"Non hai medicamentos que non teñan potenciais efectos secundarios, a cuestión é que cómpre máis información científica facilmente accesible"Mestúrase a cuestión das vacinas coa da industria e tamén cos posibles efectos adversos. Cómpre máis claridade, tamén neste sentido?Non hai medicamentos que non teñan potenciais efectos secundarios. A cuestión é que faría falta moita máis información científica facilmente accesible sobre efectos adversos. Nos Estados Unidos, por exemplo, existe unha oficina de información estatística accesible ao público sobre efectos adversos declarados. Hai que ter moito coidado: que me atropele un coche despois de tomar un café non quere dicir que a causa do atropelo sexa o café. Que eu estea mal despois de poñer unha vacina non indica que sexa necesario que me puxesen a vaciña para poñerme mal. É necesario, pero non suficiente. Son cousas diferentes. "Creo pouco no debate con este tipo de organizacións, creo no debate a partir do pensamento científico"No entanto, eses efectos adversos son empregados como argumento contra a vacinación...Os argumentos dos chamados movementos antivacinas están baseados exclusivamente na fe. Eu creo pouco no debate con este tipo de organizacións, porque creo no debate a partir do pensamento científico, e aí é evidente que non todas as cousas son como nolas contan con vacinas como, por exemplo, a da gripe ou a do papiloma humano. Se cadra aí si que habería que dar o debate.Así e todo, en determinados foros si que se sitúan as posicións antivacinas en pé de igualdade coas posicións científicas..."Hai unha vaga de pensamento irracional que fai, por exemplo, que a homeopatía teña millóns de seguidores malia ser unha falacia que non ten base científica"Hai uha vaga de pensamento irracional no mundo occidental que fai, por exemplo, que a homeopatía, que é unha falacia que non se soporta e que non ten ningunha base científica, teña millóns de seguidores no mundo occidental. Aínda que todas as revisión científicas amosan a súa falta de eficacia e a falta absoluta de argumentación científica. Pero cando alguén está mal e non cura, a fe tampouco é mal recurso. E moitas veces o querer curar e ter un terapeuta con esperanzas contribúe á curación. O efecto placebo é poderosísimo. |
NOS_40334 | O presidente da Xunta de Galiza defende a dirixente madrileña na súa chegada á Convención do PP que se desenvolve esta fin de semana en Valencia. | O presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, avisou este sábado de que para ser alternativa ao Goberno de Pedro Sánchez necesitan lanzar á cidadanía unha mensaxe de estabilidade, xestión e de "compromiso de lealdade". "Unidos imos gañar nas urnas e ese é o obxectivo de Isabel Díaz Ayuso", proclamou. Así se pronunciou á súa chegada á Convención do PP que se desenvolve en Valencia ao ser preguntado polos xornalistas se cre que a presenza da presidenta da Comunidade de Madrid este sábado na cidade pode deslucir a unidade do conclave dos últimos días. "Evidentemente que non, mais non é unha crenza, é un feito. Todos os presidentes autonómicos viñemos aquí para apoiar o presidente do noso partido [Pablo Casado]. O noso partido é un partido leal, non é un partido de golpes cos cóbados nin é un partido de cambadelas, iso deixámosllelo a outros", proclamou. Neste sentido, o presidente da Xunta subliñou que o PP é un partido "reformista" que sabe "perfectamente que para ser alternativa de Goberno necesita mandar unha mensaxe de estabilidade, unha mensaxe de xestión e unha mensaxe de compromiso de lealdade". Feixoo dixo que "a mellor política para presidir a Comunidade de Madrid é a que acaba de arrasar nas eleccións autonómicas de Madrid". "E sobre o seu posicionamento, remítome ás súas propias palabras e á súa propia actitude", agregou. Todos veñen a "sumar" O presidente galego incidiu en que aos rivais políticos o que lle "interesa" é que o PP non sume. "Dividíronnos nas eleccións últimas e aprendemos que divididos soamente imos conseguir que Podemos e o PSOE están desgobernando o noso país. Unidos imos gañar nas urnas e ese é o obxectivo de Isabel Díaz Ayuso, igual que do conxunto de presidentes autonómicos", aseverou. Feixoo afirmou que a democracia funciona cando hai alternancia política e salientou que os españois saben que "a única alternativa" ao Executivo actual é o PP. "Os partidos que representan o pasado perden as eleccións e os que representan o futuro as gañan. Neste momento o partido que representa o futuro é o PP e Pablo Casado", defendeu. Dito isto, sinalou que iso é o que van explicar na fin de semana a cidadanía: "a tranquilidade e o acougo que merece España, onde hai moito ruído, moita crispación, pouco diálogo e pouca grandeza". Unión ou independentismo Indicou tamén que o PP vai intentar volver reunir o voto que marchou nestes anos. "Se o centrodereita se divide, é evidente que imos ter populismo, socialismo e máis independentismo", avisou. Finalmente, o presidente da Xunta afirmou que os socialistas "gobernan con calquera" e "non teñen ningún límite", xa que o seu único obxectivo é "manterse no Goberno". "O socialismo español é un socialismo que está en plena decadencia", asegurou, para engadir que o socialismo alemán ou o portugués "saben moi ben que non se pode gobernar con calquera", manifestou. |
NOS_33787 | "O Goberno español non ten absolutamente nada que ocultar", afirma a súa portavoz, Isabel Rodríguez. Porén, Carles Puigdemont e Oriol Junqueras piden á UE que actúe "urxentemente" contra España por "violación masiva de dereitos fundamentais". | A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno estatal, Isabel Rodríguez, avanzou esta terza feira que a ministra de Defensa, Margarita Robles, solicitou a súa comparecencia no Congreso para explicar aos líderes independentistas o caso de espionaxe a través do sistema Pegasus que denunciou na segunda feira o semanario The New Yorker, con base nun informe de Citizen Lab. Así o indicou Rodríguez durante a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministras, na que precisou que no Estado español non se espían nin se escoitan as comunicacións "salvo que estea ao amparo da lei e do dereito". Neste senso, lembrou que xa houbo dilixencias xudiciais abertas e que o Goberno sempre colaborou coa Xustiza. Estes son os independentistas espiados co programa israelí 'Pegasus' "Non se poden limitar aquí os dereitos e liberdades individuais se non está ao amparo da lei e cunha resolución xudicial motivada", subliñou ao tempo que insistiu en que a información non é nova e que "o Goberno non ten nada a ver nin ten nada que ocultar". Pola súa parte, o eurodeputado e ex president da Generalitat de Catalunya, Carles Puigdemont, e o ex vicepresidente e líder de ERC, Oriol Junqueras, anunciaron esta terza feira no Parlamento europeo que adoptarán "accións xudiciais en España, Francia, Suíza, Luxemburgo e Alemaña" polo caso de espionaxe. Nunha rolda de prensa decorrida en Bruxelas, Puigdemont avanzou que presentarán demandas nos próximos días contra os responsábeis, a comezar pola empresa tecnolóxica NSO, nos xulgados de Barcelona, mais tamén perante os tribunais doutros países da Unión Europea (UE) onde tamén se produciron os supostos ciberataques, no caso dos estados antes citados. Un software israelí espía xornalistas, activistas e políticos por todo o mundo Aliás, pediu á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, que "actúe con urxencia" e responsabilice España do uso do programa Pegasus contra rivais políticos, o que supón unha "vulneración en masa de dereitos fundamentais". "[O Goberno español] Ten a obriga de explicalo non só no Congreso e no Senado, senón tamén noutros ámbitos institucionais, tamén no Parlamento europeo", engadiu Junqueras. |
NOS_22162 | Finaliza a tempada tanto na Primeira División como na Segunda División B, mais se ben o Celta afronta o derradeiro encontro do campionato coa tranquilidade de non deixar os deberes para o último minuto, o Pontevedra buscará en Pasarón evitar o desastre do descenso á Terceira División ante o Oviedo B. Ao Lugo, pola súa banda, só lle queda gañar no penúltimo partido de Liga na Segunda División. | A comezos desta atípica tempada o Pontevedra era, xunto co Deportivo, o principal favorito do Grupo 1 da Segunda B para rematar a fase regular en postos de ascenso, pero nada máis lonxe da realidade. Os coruñeses acabarían sufrindo por entrar na nova Primeira RFEF e os do Lérez nin sequera conseguiron conservar a súa praza na terceira categoría, abocados a unha segunda e decisiva liguiña na que o premio será xogar na Segunda RFEF -a cuarta- e o castigo sumar dous descensos nunha mesma tempada, caendo aos infernos da Terceira Galega. Así as cousas, a pesar da súa condición de teórico favorito tamén nesta segunda rolda do campionato, o conxunto granate tan só foi quen de conseguir dous triunfos en sete partidos -un nos últimos seis-, o que o abocou a afrontar o derradeiro compromiso da campaña nunha situación límite. Instalado na terceira praza, que marca o límite do descenso a Terceira, o seu rival será o Real Oviedo Vetusta, filial da escuadra asturiana, nun partido que se desenvolverá este domingo ás 12 horas nun Pasarón no que 3.000 seareiros e seareiras estarán animando o equipo dos seus amores, a pesar da situación de enfado xeneralizado e das numerosas críticas a directiva e xogadores a través das redes sociais. Porque, en última instancia, a realidade do Pontevedra, a pesar de todos os problemas que veu padecendo ao longo de toda a tempada, é que aínda depende de si mesmo, e mesmo cun empate sería abondo para salvar a categoría. Polo contrario, unha derrota ante os asturianos conduciríaos a regresar á Terceira, convertida agora en quinta categoría, seis anos despois de deixala por última vez. Broche de ouro a unha tempada inesquecíbel Exactamente no mesmo intre en que o árbitro sopre no chifre para dar comezo ao partido do Pontevedra en Pasarón, a 30 quilómetros de alí, no Municipal de Balaídos, Gil Manzano debería facer o propio para iniciar o Celta-Betis que porá feche á tempada para os celestes. Pese a non contar xa con opcións de clasificarse para Europa, os do Chacho Coudet teñen o incentivo de superar o récord de vitorias consecutivas do club na Primeira División, e, o que é aínda máis importante, ofrecer un digno adeus ante o seu público no regreso da parroquia celeste ás bancadas de Balaídos 14 meses despois. Lamentabelmente, Sergio Álvarez, 'o Gato de Catoira', non poderá pór fin á súa etapa de 17 anos no Celta coas luvas postas, pois a lesión de xeonllo que o obrigou a retirarse impedirá que defenda a portaría do Celta unha última vez. Quen si estará sobre o céspede de Balaídos será outro canteirán, Borja Iglesias, aínda que vestindo as cores verdibrancas do Betis. Dianteiro de moda polo seu gran rendemento durante as últimas xornadas, será a primeira vez que xogue ante a que foi a súa afección, nun momento que agarda que sexa "moi bonito". O Lugo, obrigado a gañar O tempo esgótase para o Club Deportivo Lugo. Logo de non ser quen de pasar do empate ante o fechacancelas Albacete, os albivermellos disputan o penúltimo partido da Liga sabendo que todo o que non sexa sumar os tres puntos é sinónimo de baixar á Primeira RFEF. A situación do Lugo é moi complicada, pois está a tres puntos do Logroñés -co que, afortunadamente, ten gañado o golaverage- e ten os mesmos que Castellón -tamén co golaverage a favor- e só un máis que o Sabadell, con quen ten perdida a golaverage particular. Xa que logo, resulta precipitado pensar en combinacións máis ou menos plausíbeis, pois o único importante é que o Lugo obteña un novo triunfo ante o Cartaxena esta segunda feira ás 21 horas. |
NOS_1424 | A Academia Galega vén de publicar un artigo póstumo de Neira Vilas no que fala de como enviaban desde a editorial e distribuidora Follas Novas á Galiza franquista exemplares agochados do 'Sempre en Galiza'. | Neira Vilas traballou até o último momento da súa vida e nos vindeiros meses verán a luz moitos dos proxectos aos que estaba a dedicarse nos últimos tempos. O primeiro en saír foi un artigo que enviara á Real Academia Galega sobre o Sempre en Galiza titulado "Un libro definidor", no que conta como coñeceu e distribuíu este libro por toda América, "dende Punta Arenas a Toronto", e tamén como fixo chegar esta obra de Castelao a Galicia ás agochadas. No texto Neira Vilas lembra como coñeceu o libro en 1950, cando levaba un ano en Buenos Aires. "Comecei a debullalo na biblioteca do Centro Galego. En 1953 fundamos as Mocedades Galeguistas e para autoformarnos estudabámolo en sesións sabatinas abertas", recorda. Cando Anisia Miranda e mais el fundaron a editorial do libro galego Follas Novas, incluíron no seu catálogo Sempre en Galiza, que enviaban a exiliados galegos, universidades ou asociación culturais de toda América. E tamén comezaron a facer envíos a Galiza. "Cada viaxeiro amigo traía un exemplar, que lían decenas de mozos, segundo fun sabendo, e servía para a súa formación galega. Isto beneficiou a centos de mozos. Tamén inventamos un membrete (coido que co nome dunha perfumería) e fixemos chegar exemplares por correo postal. Talvez fosen requisados algúns, pero os máis deles soubemos que chegaran e que foran igualmente útiles a múltiples lectores. A existencia deste libro foise coñecendo en Galicia e de aí que lle serviramos a unha distribuidora mexicana (Atrante S. A.), a través dun tal Alvarado que a representaba na Arxentina, todos os exemplares que quedaban para distribuílos clandestinamente en Galiza", detalla Neira Vilas no artigo, no que tamén repasa o proxecto frustrado de reeditar Sempre en Galiza a través do seu selo. |
NOS_45037 | Tras superar o pico da quinta vaga, Galiza comeza a definir un escenario de convivencia máis estábel co coronavirus. A vacinación avanza e os contaxios diminúen. Cómpre seguir contando os casos de Covid? Debe a incidencia acumulada marcar novas restricións? Que pasos quedan por dar para acabar de controlar a pandemia? 'Nós Diario' pregunta a varios expertos polo futuro da Covid e da prevención fronte á enfermidade. | Ten sentido seguir contando os casos de coronavirus, calculando a incidencia acumulada da Covid e relacionando esas cifras coa porcentaxe de ingresos para acelerar o control da pandemia? A pregunta non é nova. Con máis de 90% da poboación diana vacinada e a quinta vaga en claro retroceso, as dúbidas sobre a necesidade de seguir medindo a Covid, como se vén facendo até o momento co ánimo de estabelecer novas medidas de restrición, comezaron a estenderse. Os datos de incidencia acumulada foron os primeiros en seren cuestionados. De feito, a importancia deste valor foi perdendo peso en favor da taxa de hospitalización a medida que aumentaba a porcentaxe de poboación inmunizada. Alemaña foi dos primeiros países en modificar o criterio para fixar o nivel de alerta sanitaria. Seguiu contando os casos e anotando a incidencia acumulada pero optou por asociar as medidas de restrición á carga hospitalaria. Galiza seguiu en parte o seu exemplo. A mediados de xullo o Comité Clínico acordou un cálculo distinto, "dinámico e variábel", que permitise axustar o modelo de restricións á "nova realidade epidemiolóxica", nun momento en que a poboación maior de 40 anos estaba a piques de completar a dobre pauta. O efecto das vacinas mudou o escenario. A relación entre o incremento de casos, ingresos e mortes non foi igual na onda estival. A incidencia acumulada a 14 días deixou de ser o indicador de referencia e gañou interese a ocupación hospitalaria de cara á adopción de novas limitacións. Seguridade vs. restricións Na recta final da quinta vaga, a transmisión do virus continúa e a pandemia persiste. Pero "camiñamos máis cara un escenario de seguridade máis que non de restricións", sinala a Nós Diario Sergio Vázquez, xefe de Oncoloxía do HULA e membro do Comité Clínico. "A quinta vaga está na súa última fase, cunhas taxas de incidencia acumulada moi baixas, tanto a sete como a 14 días. Pódese dar practicamente por finalizada". Con todo, advirte que "o virus sempre busca o seu reservorio, e agora, a poboación que se pode ver máis exposta é a que non está vacinada", a menor de 12 anos e unha parte importante do colectivo de entre 30 e 40 anos. Vázquez non descarta a aparición de novos gromos, mais "non coa presión hospitalaria que se deu noutras ondas", nin sequera no pico desta quinta, coa poboación máis nova pendente da primeira dose. Así, de cara aos próximos meses, o experto antepón a máscara, a distancia, a hixiene e mesmo, nun futuro próximo, "o uso do carné Covid" á novas medidas de restrición xeneralizadas. Unha saída que obriga, en todo caso, a seguir controlando os casos e a incidencia do coronavirus. Para Daniel González Peña, profesor da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense e autor do 'Semáforo Covid Galiza', aínda é cedo para perder de vista o reconto de datos. O poder de predición da IA Como analista, defende o "poder de predición" da incidencia acumulada (IA). "Aínda que agora o número de hospitalizados por cada caso detectado é menor, a IA conserva o seu valor preditivo e está ben para ver que vai pasar dentro duns días". Neste sentido, será a evolución epidemiolóxica a que dite a necesidade de modificar os limiares de referencia para estabelecer unha determinada alerta sanitaria, como se fixo ante o avance da vacinación. Segundo explica, a Xunta da Galiza "deseñou un modelo matemático complexo e dinámico que permite observar a relación que van tendo os casos diagnosticados cos hospitalizados", de forma que aproveita o poder de predición da incidencia acumulada para determinar novos valores, e límites, axustados á unha realidade cambiante. "Para min, non ter en conta este dato é un erro", sostén González Peña. "Entendo que a xente estea farta de restricións, pero o que hai que entender é que unha determinada incidencia implica sempre un número de ingresos, que á súa vez pode exixir unhas medidas concretas". Será en ocasións excepcionais, sinala o ingrante do comité asesor da Xunta. Sergio Vázquez defende a necesidade de continuar co reconto de casos e hospitalizacións asociadas, sobre todo, para tratar de anticipar un nivel de alerta máximo "nunha zona delimitada co fin de tomar as decisións que requira a situación". Medir e caracterizar o virus Desde o ámbito da prevención e da saúde pública, o profesor da USC Francisco Caamaño Isorna reivindica a vacinación como "estratexia" chave. "Hai que vacinar a todo o mundo, maximizar e facilitar a vacina a quen aínda non a recibiu". Neste sentido destaca que hai quen a rexeitou porque renega dela pero tamén unha porcentaxe importante que non a puxo por "abandono". E sinala a poboación de entre 30 e 40 anos, o grupo coa taxa máis baixa de cobertura na Galiza -77,3%-. "Hai que buscalos e ofrecerlles as citas necesarias para que se vacinen". O titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública concorda na necesidade de seguir rexistrando os casos, a incidencia acumulada e a taxa de positividade. "É importante ter acceso a eses datos. Pero ao mesmo tempo, hai que estar máis atentos que nunca á aparición de novas variantes", polo que urxe un esforzo maior en secuenciación para coñecer a natureza do virus que circula. Medir, caracterizar e vacinar. Son as tres accións imprescindíbeis a curto prazo para Caamaño Isorna, quen tamén advirte da necesidade de non descoidar a detección e o rastrexo de casos. "É certo que na medida en que as persoas estean vacinadas as corentenas diminuirán", con confinamentos máis selectivos e incluso máis breves en función dos avances que se poidan dar no ámbito da diagnose. Doutra banda, Francisco Caamaño Isorna chama a ser "escrupuloso" no uso da máscara, o lavado de mans e a distancia, especialmente entre os menores de 12, e sobre todo en espazos fechados. Ao aire libre, a máscara tenderá a desaparecer. "Coa taxa de vacinación actual a vida pode cambiar significativemente en espazos abertos". Nos fechados, a máscara seguirá por "por norma xeral", se ben anticipa a posibilidade de prescindir dela "nun par de meses". "Non o descarto, iso si, en espazos ordenados e ben ventilados", un suposto que non inclúe bares, restaurantes ou locais de ocio, incide. A día de hoxe, incide o profesor da USC, os datos indican que a quinta vaga "pode ser a última en termos de contaxios, hospitalizacións e UCI se non aparecen variantes que muden o esquema". A vacina non é "esterilizante", pero fai que "contaxiemos menos e nos contaxiemos menos". A Covid non se vai erradicar, o problema de saúde pública, tampouco, pero impacto será máis suave, conclúe. |
NOS_44316 | De acordo coas investigacións da xuíza Mercedes Alaya, as consultoras Uniter e Vitalia e o bufete Estudos Xurídicos Villasis, firmas envolvidas na trama dos ERE, terían abonado a UGT e CC OO máis de 7,6 millóns de euros en comisións. | De acordo coas investigacións da xuíza Mercedes Alaya, as consultoras Uniter e Vitalia e o bufete Estudos Xurídicos Villasis, firmas envolvidas na trama dos ERE, terían abonado a UGT e CC OO máis de 7,6 millóns de euros en comisións. Os sindicatos españois négano e argumentan que o seu labor apenas era de mediación. UGT e CC OO participaron durante unha década da trama de financiamento irregular que se agacha, de acordo coa xuíza, detrás da tramitación dos ERE (Expedientes de Regulación de Emprego) en Andalucía. Os sindicatos de ámbito estatal obterían estas comisións a cambio de facilitar os EREs. A cúpula andaluza de UGT negou as acusacións: "Non somos conseguidores nen intermediarios nen facemos parte dun grupo cuxo obxectivo era se lucrar". A xuíza entende que as consultoras percibían sobrecomisións por parte da Administración pública á hora de tramitaren os EREs. Parte desas sobrecomisións, conclúe a maxistrada, teríanse desviado ás arcas dos sindicatos españois. |
NOS_4519 | As deputadas Eva Solla, do Grupo Común da Esquerda, e Montse Prado, do BNG, reuníronse (por separado) esta cuarta feira coas representantes das traballadoras de Povisa. As parlamentarias coincidiron en reclamar a intervención directa da Xunta de Galiza para facerse cargo do hospital. | Despois de que o fondo de capital risco Centene anunciase este mes a súa intención de comprar Povisa, cando a Xunta vén de aumentar a súa achega anual, as deputadas avanzaron que pedirán que o goberno galego "se faga cargo da empresa polo método menos gravoso para as arcas públicas", en palabras de Eva Solla. "Hai mecanismos públicos para reverter a situación", insistiu Montse Prado. O Bloque mesmo está disposto a reclamar a declaración de interese público para o hospital. "O que fixo a Xunta foi capitalizar Povisa para vendela mellor", denunciou a nacionalista Montse Prado despois de reunirse, xunto ao concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, coas traballadoras e traballadores. Solla, que estivo acompañada polo concelleiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, dixo que "Núñez Feixoo está xogando cos cartos das galegas e galegos, regala cartos públicos ás empresas, vende os traballadores e vende a asistencia sanitaria de 140 mil persoas, que non poden decidir se queren que a súa asistencia se dea a través dunha multinacional". Tamén indicou que Povisa dá emprego a 1.350 persoas. Povisa entrou en concurso de acredores o ano pasado, pero a Xunta saíu ao rescate asumindo determinados cartos para manter o servizo. |
NOS_50187 | A Associaçom Galega da Língua (AGAL) comezou unha campaña de filiación de soci@s que decorrerá neste ano 2012. Nela o primeiro chanzo foi editar un video onde varias caras coñecidas apoian a idea de que a nosa actitude para co idioma galego ten que mudar de guión. Denuncian que nos últimos trinta anos, a maioría das políticas lingüísticas no noso país descansan sobre a idea de que hai uns límites para o galego. AGAL tivo esta fin de semana a súa Asemblea Xeral e Asemblea Extraordinaria en que se aprobou a doazón de fondos bibliográficos para a súa difusión. | Guión do video de AGAL Os galegos e as galegas fomos educados na crença de que a língua que falamos nom é a mesma que a da amiga Jeanne e o amigo Benevides.O que nunca nos explicárom é o que ganhávamos com isso. Alguém sabe?O guiom que escrevem para a nossa língua é que só se fala nas províncias da Corunha, de Lugo, de Ourense e de Ponte Vedra. Fala-se no ocidente das Astúrias ou em Samora, mesmo nalguns lugares da Extremadura mas nom se fala em Chaves ou em Valença, ou no Brasil ou em Angola.Eu creio que nom ganhamos nada com isto. E tu?É o mesmo guiom que nos diz que a nossa língua nom serve para todas as cousas, por exemplo para ler livros estrangeiros [a pessoa tem nas mãos o último livro do Astérix], ou para usar no mundo digital em que vivemos ou para as crianças verem os desenhos animados na nossa língua. Sempre éo mesmo guiom: apresenta-nos a nossa língua como um problema e umha incomodidade quando realmente é umha riqueza e umha oportunidade.Ser galego, ser galega, na verdade, é espetacular. Na AGAL temo-lo claro e queremos que escrevas connosco o novo guiom para a língua.Ser da Galiza é Mundial. |
PRAZA_6095 | Esta ferramenta constitúe unha oportunidade histórica para acadar un mecanismo capaz de xulgar as empresas que operan baixo filiais en países terceiros e que violan sistematicamente os dereitos humanos das poboacións, contaminan a terra, rouban a auga e privatizan os recursos naturais | O pasado 26 de xuño en Xenebra, no seo de Nacións Unidas rematou con vitoria dos movementos sociais un longo proceso de debate sobre a necesidade de regular a actividade das empresas transnacionais que violan os dereitos humanos coas súas actividades e inversións. Esta ferramenta constitúe unha oportunidade histórica para acadar un mecanismo capaz de xulgar as empresas que operan baixo filiais en países terceiros e que violan sistematicamente os dereitos humanos das poboacións A resolución aprobada polo consello de dereitos humanos con 20 votos a favor e 14 constitúe un fito histórico "para establecer un grupo de traballo intergobernamental co mandato de elaborar un instrumento internacional legalmente vinculante que obrigue as transnacionais e outros inversores a cumprir as normas para protexer os dereitos humanos". Esta ferramenta constitúe unha oportunidade histórica para acadar un mecanismo capaz de xulgar as empresas que operan baixo filiais en países terceiros e que violan sistematicamente os dereitos humanos das poboacións, contaminan a terra, rouban a auga e privatizan os recursos naturais valéndose da extorsión, a ameaza, a persecución e incluso o asasinato dos defensores ambientais e líderes das distintas resistencias. En Xenebra, foron presentados por parte das vítimas de violacións das corporacións os casos emblemáticos e vergoñentos de Chevron (Texaco) na Amazonía Ecuatoriana, de Shell en Nixeria, da empresa galega Hidralia Enerxía en Guatemala ou da Israelí Mekorot en Palestina entre moitos outros. O representante dos Estados Unidos, na última quenda de palabra, pediu as nacións que se opuxeran a este mecanismo e advertiu que as resolucións non comprometen a aqueles que non as apoian Mentres, na sala de plenos do palacio das nacións de Xenebra, no entorno das 11.00h, agardábase o debate e a votación da resolución cunha gran expectación froito do intenso traballo de presión feito polos movementos sociais durante as últimas semanas e que acadou o seu punto álxido coa celebración do "Tribunal Permanente dos Pobos" e a marcha contra a "Impunidade do Poder Corporativo" so un día antes da votación. O representante dos Estados Unidos, na última quenda de palabra, pediu as nacións que se opuxeran a este mecanismo e advertiu que as resolucións non comprometen a aqueles que non as apoian. Unha vez máis, a administración estadounidense retratouse nunha votación no seno das Nacións Unidas. Pola súa banda Garcia Margallo, ministro de exteriores español, tiña declarado na mesma semana que "as corporacións teñen dereito a impoñer determinadas decisións para instalarse", como se os dereitos humanos foran algo negociable en aras a competitividade e ao crecemento económico. Na sala de plenos, España, xunto cos países da Unión Europea, opuxéronse ferozmente a aprobación da resolución. Garcia Margallo, ministro de exteriores español, tiña declarado na mesma semana que "as corporacións teñen dereito a impoñer determinadas decisións para instalarse", como se os dereitos humanos foran algo negociable Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, OMAL ou Col-lectiu RETS foron as organización do estado español presentes durante a pasada semana en Xenebra, como parte dunha campaña internacional que traballa polo desmantelamento do poder que nas Nacións Unidas seguen ostentando as empresas. A pesar da noticia positiva, Treaty Alliance, alianza da sociedade civil que abarca a máis de 600 organizacións en todo o mundo, considera que o resultado do grupo de traballo dependerá de dar continuidade as mobilizacións nos vindeiros anos. Esta vitoria constitúe un gran paso contra a impunidade e na defensa dos dereitos humanos pero é parcial e compre continuar co traballo e a presión dende a sociedade civil. Dende Amigos da Terra continuamos visibilizando os casos de violacións por parte de empresas galegas e españolas Ao mesmo tempo, dende Amigos da Terra continuamos visibilizando os casos de violacións por parte de empresas galegas e españolas. O mesmo venres 27 de xuño e xunto coa Asociación Mulleres de Guatemala, Alfonso e Micaela, membros da resistencia en Guatemala contra a empresa coruñesa Hidralia Enerxía, presentaron na ofician do defensor do pobo en Madrid unha queixa contra a administración española como co-responsable da actividade da empresa no seu país. Web de Treaty Alliance Web da campaña "Desmantelar el poder corporativo" |
PRAZA_17691 | O Festival Noroeste, con bandas como The Pretenders ou Belle and Sebastian, e a Romaría de Santa Margarida, desta volta con Xabier Díaz e as Adufeiras ou SondeSeu, son algunhas das principais citas da programación das festas coruñesas | A Coruña prepárase para un mes de festa. Música do indie á nostalxia ou clásicos galegos e internacionais conviven no programa das Festas de María Pita 2018, presentado este lunes e que segundo o Concello coruñés tenta "consolidar un modelo de celebración de calidade" con "transversalidade" e tamén con notable presenza feminina a comezar pola súa pregoeira, Mercedes Peón, quen ademais comparte cabeza de cartel musical dos festexos con nomes como os de Gloria Gaynor ou Raphael. A "variedade no rexistro artístico" destas festas pretende, segundo o edil de Culturas da Coruña, José Manuel Sande, ser mostra da "axenda privilexiada" en materia de cultura e patrimonio coa que conta a cidade durante o ano. Así, por un dos principais escenarios das festas, o da praza de María Pita, pasarán nos primeiros días da celebración as músicas da propia Mercedes Peón (o xoves 2), Gloria Gaynor (o día 1, tras o pregón) Estrella Morente (o venres, 3) e Raphael (o sábado, 4). O domingo, día 5, será a quenda para a rapazada en horario de tarde cos Cantajuegos. Na segunda semana de agosto a programación das festas ten lugar destacado para o Festival Noroeste, con 14 escenarios que acollerán 80 concertos entre os que destacan The Pretenders, Belle and Sebastian ou Viva Suecia. A Feira do Libro, do 1 ao 10 de agosto, a vixésimo primeira edición de Viñetas dende o Atlántico (do 6 ao 12), reforzan a oferta cultural dunhas festas nas que recuncan citas tradicionais como o Festival de Habaneras, o Festival de Folclores Interacional e tamén o Festival de Arraigo, creado hai tres anos. O Festival Noroeste, con bandas como The Pretenders ou Belle and Sebastian, e a Romaría de Santa Margarida, desta volta con Xabier Díaz e as Adufeiras ou SondeSeu, son algunhas das principais citas da programación das festas coruñesas Cara á segunda quincena de agosto as Festas de María Pita son sinónimos de festa nos barrios. O día 14, data sinalada para a Batalla Naval, comezan as festas promovidas pola veciñanza de Oza, A Gaiteira e Os Castros. Esa é a xornada na que botan a andar tamén as festas no Castrillón e, xa na seguinte semana, en barrios como Eirís ou Novo Mesoiro, por onde pasarán os míticos Obús. A fin de festa estará marcada un ano máis pola Romaríade Santa Margarida, "dúas xornadas con compoñentes, nestes últimos anos, de innovación e desa sorte de reinvención do grande encontro folk de Galicia", desta volta con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Tanxugueiras ou SondeSeu entre as bandas convidadas. Neste 2018 as principais festas coruñesas teñen por lema A cidade soñada e teñen como imaxe o cartaz deseñado por Iria do Castelo, unha "creación na que destaca a irreverencia, o surerealismo e que se centra na cidade e na relación das súas e dos seus habitantes co mar". Encádrase, segundo Sande, na aposta do goberno local por "visibilizar a Coruña Gráfica na cartelaría das festas da cidade". |
PRAZA_476 | Os datos provisionais de 2014 amosan o primeiro incremento en catro anos no número de usuarios e usuarias destes establecementos, pero as cifras seguen en niveis de hai unha década. Compostela, Vigo, A Coruña e as Rías Baixas concentran o 70% do turismo en Galicia. | Decote preséntase o turismo rural como un modelo alternativo de turismo, de calidade (fronte a cantidade), cun elevado nivel de gasto por viaxeiro, oposto ás masificacións e, ademais, que permite unha distiribución dos e das viaxeiras por todo o territorio, converténdose nunha interesante fonte de ingresos para moitos pequenos concellos, sobre todo no interior do país. O turismo rural creceu con forza en Galicia na década dos 90 e nos primeiros anos do século XXI; de feito en 2001 Galicia era a cuarta comunidade autónoma que máis prazas de ofrecía neste tipo de aloxamentos, só por detrás de Cataluña, Aragón e Castela e León. Porén, a cifra de usuarios e usuarias destes establecementos está estancada dende hai anos. Os datos provisionais de ocupación correspondentes a 2014, publicados o pasado xoves, amosan o primeiro incremento no número de viaxeiros (153.034) e pernoctacións (301.352) dende 2010. Porén, as cifras seguen estancandas, en niveis de hai unha década. En 2004 e 2005 o número de uuarios roldaba xa os actuais 150 mil, e o número total de pernoctacións superaba as 300 mil rexistradas o pasado ano. Entre 2007 e 2010 tocouse teito, rozando os 200 mil viaxeiros e viaxeiras. Este estancamento ten provocado igualmente unha limitación no número de establecementos (520) e prazas ofertadas (6.493), algo por debaixo dos máximos acadados en 2010 (538 e 6.632) e un descenso na cantidade de empregos directos xerados polo turismo rural, que caeu nos últimos catro anos dende as 964 persoas ata as 818. 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Noites 376.033 364.216 369.208 389.356 295.004 270.751 259.151 301.352 Viaxeiros 169.295 163.700 176.941 193.443 143.235 139.499 129.180 153.034 Número de viaxeiros e pernoctacións en casas de turismo rural. Fonte: INE O turismo rural supón unha vía de atracción de visitantes para moitas comarcas do interior, afastadas das cidades galegas e dos espazos de costa máis masificados. O seu estancamento é paralelo cunha situación de concentración do turismo nuns poucos destinos principais. Segundo os datos compilados polo Instituto Galego de Estatística, Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra e as Rías Baixas sumaron en 2013 máis do 70% das pernoctacións realizadas por turistas e viaxeiros, sumados tanto hoteis, coma campings e casas de turismo rural. As provincias de Lugo e Ourense, en conxunto, representan apenas o 18% das noites durmidas polos visitantes. |
PRAZA_19232 | A lenda popular dicía que a mugardesa Amada García era unha pobre muller que fora asasinada polos fascistas só por bordar unha bandeira -republicana ou comunista, segundo as versións-. Mais o historiador Bernardo Máiz pasou anos recollendo datos que demostran que foi unha activista política molesta para o réxime. E para os que sempre mandaran na súa vila. | Amada García non foi nin unha "pobre muller" nin unha heroína. Senón unha militante de esquerdas, defensora da República e da democracia. Unha vítima máis da represión franquista. Iso conta, e demostra, o historiador Bernardo Máiz en 'Amada García e os seus arredores', (edicións Embora), a súa biografía sobre a muller de Mugardos á que, segundo a lenda popular, mataran só por exercer un rol tan "feminino" como bordar unha bandeira. Mais, -insiste Máiz-, dicir que foi por iso é minimizala. Restarlle importancia como a activista que foi. Xa levabas tempo traballando neste libro. Foron meténdose polo medio outros proxectos ou foi que tiveches dificultades para atopar documentación? Si que me ocupei doutos proxectos polo medio. Empecei a matinar en facer este libro nos anos 90. Por iso entrevistei o marido de Amada García, -que despois faleceu-, Gabriel Toimil, en dúas ocasións. Fun acumulando material mentres escribía outros libros. Xuntei un enorme carpetón, ademais do que tiña no ordenador… e comecei a escribir en serio no 2012. Pero tiven mala sorte, porque me entrou un virus no ordenador que me borrou a metade do disco duro e tiven que volver escribir o libro. Iso tamén me permitiu engadir cousas, remodelalo… Por que dis no libro que se frivoliza a historia, quedando no anecdotario épico e no sensacionalismo? A literatura deu relatos magníficos sobre feitos históricos, e a min paréceme moi ben, mais ás veces eses relatos manipulan a verdade. E dígoo con todo o respeto á literatura: hai escritores que o fixeron moi ben, con moito rigor. Pero tamén hai certa tendencia ao sensacionalismo, como se a realidade non superase xa calquera ficción. Refírome á busca do sórdido, o morboso… que, moitas veces con boas intencións, parece buscar aumentar a dor para que nos decatemos do tremendo que foi todo. "Hai certa tendencia ao sensacionalismo, como se a realidade non superase xa calquera ficción" Iso é o que pasa cando se di, por exemplo, que aprazaron a aplicación da sentenza de morte de Amada ata despois do nacemento do seu fillo. Incluso houbo quen dixo que a política natalista dos golpistas non podía permitir que se matase a unha muller embarazada… Mais non, non houbo tal espera por ese motivo. Amada estivo primeiro baixo arresto domiciliario. Foi rapada ao cero e obrigada a cargar pedras nas obras do peirao de Mugardos. En abril do 37 foi detida por terceira vez e trasladada ao cárcere de mulleres de Ferrol. O auto de procesamento por "rebelión militar" é do 14 de maio do 37. En setembro foi trasladada ao Hospital de Caridad de Ferrol, embarazada. Díxose que as monxas a trataran mal e non é verdade. Dáballes tanta pena a situación que mesmo a tiveron alí máis tempo, o que lles permitiron, ata 20 días. O 31 de outubro naceu o fillo de Amada, Gabriel Toimil García. En novembro volve co fillo para o cárcere. Ese mesmo mes é trasladada ao castelo de San Felipe, e uns días despois, entre o 1 e o 3 de decembro, celébrase o consello de guerra. É condenada a morte, volve ao cárcere e o día 27 de xaneiro de 1938 execútana no castelo de San Felipe. Xa é abondo duro como para aengadirlle que a maltrataban… "Xa é abondo dura a realidade como para engadirlle que a maltrataban as monxas…" Comeza o libro contextualizando o tema: a II República en Galicia e as mulleres e a II República. En que sentido tomou Amada conciencia dos seus dereitos, en igualdade cos homes, nese período? Amada era unha muller casada á que xa lle morrera unha filla, e que tiña outra. O pai, un home extraordinario, era anticlerical. O irmán era cenetista. O marido era sindicalista, de UGT, próximo primeiro ao PSOE e despois do PC. Mais todo isto non era raro, porque Mugardos era nesa época unha sociedade virada para a esquerda. O seu activismo empezou, probablemente, animada por Juan Prieto Balsa, que fora membro do PC cubano e do Sindicato Único da Industria da Pesca en Cuba, e que ao volver aquí presidiu o Sindicato de Marineros y Pescadores de Mugardos e é militante do PC e da CNT, ademais de organizador da célula comunista do PC en Mugardos e despois alcalde de Mugardos e coordinador do comité de defensa da República, ata que o pasearon o día 24 de xullo do 1936. Amada participou no 33-34 no comité pro presos de outubro do 34 e no Socorro Rojo, no 35 está afiliada ao "radio" de Mugardos do Comité Regional Gallego do Partido Comunista de España e no 36 intégrase na Agrupación de Mujeres contra la Guerra y el Fascio de Ferrol-Mugardos. En Mugardos había un activismo político enorme e ela toma conciencia nese contexto colectivo. Non foi a única, pero tivo peor sorte. "En Mugardos había un activismo político enorme e ela toma conciencia nese contexto colectivo. Non foi a única, pero tivo peor sorte" Era unha militante moi activa. En febreiro do 36 está presente no escenario nun mitin de Dolores Ibarruri e Juan Prieto Balsa no Teatro Jofre de Ferrol e despois, coas mesmas persoas, nunha asemblea no Salón Pelayo de Mugardos. Non me consta que falase nese mitin de Ferrol, pero si o fixo despois, en dous mitins máis. Falei con tres mulleres que a viron falar a Amada neses mitins e todas coincidían en que impresionaba. Parecía "una llama viva", contábame unha. Tiña unha capacidade de comunicación enorme. Era vocal do Sindicato General Femenino de Mugardos. "Despois, sobre as mulleres e a II República tamén hai bastante falacia" Sobre as mulleres e a II República tamén hai bastante falacia. Certo que houbo moitos avances para as mulleres, pero en realidade case non había mulleres que ocupasen cargos públicos. Amada ía ser parte da lista do Fronte Popular nas eleccións municipais que xa non se celebraron, participara na redacción dunhas coplas de Entroido… Era enxeñosa e moi activa politicamente. Mais, en xeral, na República, só unha muller foi directora xeral (Victoria Kent, de Prisións), ningunha foi ministra entre abril do 1931 e xullo do 1936 e só unha, Federica Montseny, foi ministra xa durante a guerra. En canto á cámara lexislativa, só tres mulleres foron deputadas no 1931, cinco no 33 e cinco no 36. Con axuda de Aurora Marco repasei as candidaturas galegas nas eleccións do 31, 33 e 36, pero só dei con dúas candidatas. E dos arredor de 4.500 edís dos concellos, só dei cunha alcaldesa e trece, se cadra quince, concelleiras... O libro detense tamén moito na Ferrolterra e no Mugardos de antes do 36: os estaleiros, o proletariado numeroso e organizado, -a importancia da UGT, a CNT, o agrarismo…- Recolles no libro que Castelao dixera que "valía máis Ferrol que todo Asturias". Por que? É que pode dicirse que Ferrol foi onde naceu o movemento obreiro galego. Había unha acumulación de proletarios moi grande, moi sindicados. Só hai dous concellos, no 36, que teñan un alcalde comunista, e Mugardos era un deles. Mais toda a zona está gobernada por distintas organizacións de esquerda. Ao lado diso hai unha clase militar moi importante. Por iso é o único lugar de Galicia onde hai unha verdadeira oposición militar á sublevación. Quero dicir: alí houbo militares que se enfrontaron con outros militares. Do 20 ao 24 de xullo morreron unhas 40 persoas, pero nos tiroteos, e non paseados. A potencia militar de Ferrol era enorme, por iso o comentario de Castelao. "Pode dicirse que Ferrol foi onde naceu o movemento obreiro galego" Se ollamos para as cifras da represión, os cálculos dannos 5.000 mortos nos tres anos de guerra. Pois as vítimas de Ferrolterra serían, segundo os cálculos máis conservadores, 750, e segundo os máis aventurados 1.500. E de Mugardos son 70 e tantos. Tamén houbo importantes fuxidas, foi unha zona moi activa na guerrilla antifranquista… E é normal porque era unha sociedade cun grao de militancia moi elevado. Ademais, explicas no libro, a dereita clásica pensaba que o dereito de gobernar lle correspondía de forma exclusiva e natural. Igual que pasa agora. Estaban afeitos a mandar e a República só fora, para eles, un período intermedio que houbera que pasar antes de que volvese a orde. É o mesmo que pensa a dereita de Rajoy: consideran que o poder sempre foi deles, que lles é connatural. Despois, unha pequena burguesía, caldo de cultivo do fascismo, que quería mimetizarse coa alta burguesía e que non estaba disposta a que a clase obreira se puxese ao seu nivel en nada. Por iso digo que debían dicir de Amada, "dicen que la hija de Petronila, la redeira, Amadita, quiere ser concejala. Por Dios, una vergüenza!. La mujer de un obrero!". "É o mesmo que pensa a dereita de Rajoy: consideran que o poder sempre foi deles, que lles é connatural" É certo. Imaxinas o que debían pensar os inimigos de Amada e, en xeral, de toda clase obreira que reivindicase os seus dereitos. "Os do goberno aprobaron o divorcio, municipalizaron os cemiterios, España rompe. Os concelleiros estes, un pescador, un carpinteiro, un albanel, un mecánico, non teñen preparación, chámanse camaradas nos plenos, uns anarquistas e comunistas que atacan a propiedade privada, que defenden o amor libre e berran Viva Rusia". Si, e é a única parte do libro na que me permito non ser científico, fabular, imaxinar o que dirían. Pero é que sei o que pasaba en Ferrol tamén pola miña propia experiencia vital e familiar. O desprezo de clase. A dereita, que xa non é só unha cuestión de recursos económicos, senón de auténtica casta. En Ferrol había banqueiros, militares, bispos, terratenentes… que non estaban dispostos a que nada se movese, a que os de abaixo puidesen mandar. Ademais, hai que ter en conta cal era o contexto da época: a dereitización de toda Europa. O nazismo en Alemania, a ditadura en Portugal, o partido nazi de Estados Unidos -que non lles gusta nada que lle lo recorden-, en Francia unha organización da dereita ía matando "rojos"... e tamén, polo outro lado, a impaciencia revolucionaria da esquerda, sobre todo no PSOE, que tamén a cito no libro. Largo Caballero estaba á esquerda do PC en moitas cousas... "A dereita xa non é só unha cuestión de recursos económicos, senón de auténtica casta" A lenda o que di é que Amada foi asasinada… por bordar unha bandeira. Un rol moi feminino, sen dúbida. Na causa militar contra ela, ademais da súa actividade política, falan de que fixera bocadillos para os revolucionarios. A xente coa que falei di que efectivamente ela estaba preocupada polo home, que desaparecera, e que andaba preguntando por el. É normal, porque se escoitaban os tiros e Gabriel non volvía. É normal tamén que, nas súas circunstancias, negase a súa militancia e se puxese como unha pobre muller que só buscaba o seu marido. Mais está claro que si foi militante e que si foi ao concello para participar na resistencia contra o golpe. Non foi só para facer bocadillos e para carretar auga, como din algunhas testemuñas e como ela mesmo asegurou na súa declaración. "É normal que, nas súas circunstancias, negase a súa militancia e se puxese como unha pobre muller que só buscaba o seu marido" Tamén é verdade que o único que fixeron foi requisar armas e deter algúns dereitistas. Na causa contra ela di que ela dicía que había que tiralos ao pozo, cousa que ela negou. Porque nin os tiraron ao pozo, nin ían envelenalos como tamén se dixo, nin lles fixeron nada. Prendéronos, simplemente. Pois eses foron os "vingadores" que despois os acusaron. O único sitio no que pasou algo foi no pazo de Piñeiro, que era dunha familia moi conservadora que se negou a darlles as armas, e acabaron a tiros, mais foi moito menos do que contou a prensa e non houbo máis incidentes armados. O exército tiña medo de ter máis resistencia en Mugardos, pero nin a houbo, porque xa caera Ferrol e sabían que non tiñan nada que facer. A cuestión é que foi represaliada pola súa actividade política. Ou, máis ben, como di a súa neta Amada Toimil nun documento que recolles no libro, por ser muller, republicana e de esquerdas. Unha muller de clase obreira que se atrevía a ter e manifestar publicamente ideas avanzadas. É que dicir que morreu inxustamente por tecer unha bandeira é minimizala. Ademais, todos os asasinados polos golpistas morreron inxustamente. Pero é que Amada nin sabía bordar. A bandeira existiu e Amada levouna, pero bordouna unha bordadora, e o deseño fixérao o seu home, Gabriel Toimil. "Dicir que morreu inxustamente por tecer unha bandeira é minimizala" Que pasou con isto? Amada tivo dous defensores. O primeiro foi o tenente de intendencia Octavio Fernández-Herrerín. O segundo, que substitúe ao primeiro cando este marcha para a guerra, foi o capitán de artillería Francisco López de Ayala, que era un home culto que tentou defendela presentándoa como unha Mariana Pineda. É a mesma lenda: a nai que é condenada por bordar unha bandeira a causa da vinganza dun home poderoso namorado dela ao que ela rexeitara. O que di Amada é que fora Manuel Vázquez Fariña, o alcalde de Mugardos, quen quixera vingarse dela tras rexeitar as súas propostas amorosas. Eu entendo que Amada declarase iso, mais é improbable que fose así, porque falei con testemuñas que me indicaron que a orientación sexual de Manuel era outra. "O capitán López de Ayala era un home culto que tentou defendela presentándoa como unha Mariana Pineda" Sen ter datos sobre a orientación sexual de Manuel Vázquez, ocórreseme pensar que, nese tempo, ben podías ser homosexual, verte obrigado a finxir que eras heterosexual e ademais comportarte como un machista máis. Acosando mulleres como xeito de mostrar poder. Iso explicaría que teñamos ese documento, tamén incluído no teu libro, no que ela di ser só vítima da vinganza del. Agás que estivese pasando algo máis, que ela descoñecese. Podería ser, mais eu non creo que Manuel Vázquez a acosase. De feito, o argumento do acoso de Manuel Vázquez aparece despois de que comezase a defendela López de Ayala que, como dicía, era un home culto que puido pensar como estratexia da defensa presentala coma unha pobre Mariana Pineda. Pero é que non é só iso. Cando Antonia Cartelle e a súa comadre Carmen, por mediación de López de Ayala, conseguen entrevistarse cun vocal do tribunal para tentar interceder por Amada, o militar é claro: "Señoras, por mil vidas que tuviera Amada García, con esa gente de enemiga, tantas beatas falsas, mil una vida que tuviera también la perdería". "Hai un informe cheo de mentiras, sobre a "actuación revolucionaria" no distrito de Mugardos" Hai un informe cheo de mentiras, sobre a "actuación revolucionaria" no distrito de Mugardos, centrado en acusar o médico Eduardo Sánchez, o alcalde Juan Prieto, o secretario José Tenreiro, a Elena Leira e a Amada García, a Ángel Rodós e a súa filla, a Antonio e Manuel Gallego Durán e a José Vázquez Mauriz e Ramón Ríos Sordo. Pois este documento, incluído na causa 42/1937 da Armada, fora redactado, segundo puiden saber por fontes fiables, polo tenente de artillería López-Sors, por Manuel Vázquez Fariña, por Esteban Cortizas Vilar, por outros dereitistas ou certas "damas pías" mugardesas. Houbo xente que tivo unha actitude mesquiña e que tentou prexudicar os acusados, da mesma maneira que houbo xente que tentou axudarlles. "Tamén foron valentes e solidarios o alcalde de Pontedeume, os párrocos de Mugardos, de Meá e de Pontedeume, ou veciños de Mugardos e Ares" López de Ayala foi reprendido e silenciado polo presidente do tribunal, que era o seu superior xerárquico. Tamén foron valentes e solidarios cos acusados o alcalde de Pontedeume, os párrocos de Mugardos, de Meá e de Pontedeume, ou veciños de Mugardos e Ares (coma Augusto Bayolo, Andrés Vilar, José Toimil, José Armada e Marcelino Agras), que sufriron ameazas de "procesamiento por falso testimonio" durante o consello de guerra por parte do presidente do tribunal e foron sancionados despois. En resumo, por que molestaba Amada en Mugardos aos que tiñan o poder? Amada milita en Socorro Rojo, na Asociación de Mujeres contra la Guerra y el Fascio, no "radio" comunista do PC en Mugardos, no Sindicato General Femenino… Como dixen, estivo presente no escenario nun mitin de Dolores Ibarruri, con Juan Prieto Balsa. O 16 de marzo do 1936 participa con Leonor Souto Varela, (do PSOE), Angelita Gelpi (de IR) e Juan Prieto Balsa nun mitin no cine Zárate, en Mugardos, organizado pola Fronte Popular en 'Homenaje a la Mujer'. O 11 de abril do 36 dá un mitin nunha parroquia, en San Xoán de Piñeiro, coa candidatura da Fronte Popular ao concello de Mugardos, para unhas eleccións que foron adiadas pola dimisión de Alcalá Zamora como presidente da República. O 14 de abril intervén en Mugardos nun acto conmemorativo do Día da República. O 1 de maio asiste á manifestación das organizacións sindicais de Ferrolterra coa famosa bandeira. Leva, si, unha bandeira coa fouce e o martelo, que non bordara ela, e encabeza unha "procesión cívica" desde diante da casa do Concello ata o Salón da Pedreira. Despois intervén nun mitin con Prieto Balsa e Juan Gallego. "O Primeiro de maio leva, si, unha bandeira coa fouce e o martelo, que non bordara ela, e encabeza unha "procesión cívica" desde diante da casa do Concello" Desta maneira, Amada García non foi nin unha pobre muller nin unha heroína. Foi unha militante, unha das protagonistas da militancia política de esquerdas e democrática na República, ata que lle cortaron a vida. Converteuse nun símbolo e foi mesmo considerada como unha mártir... Unha veciña contábame que lle rezaban, ata que a súa irmá lles explicara que non era unha santa… Amada García foi, en fin, represaliada pola súa militancia política e non por bordar unha bandeira. "Amada foi, así, unha vítima máis da represión dos golpistas" Amada foi, así, unha vítima máis da represión dos golpistas. A represión en Mugardos comparte as súas características básicas coa de todo Ferrolterra e coas peculiaridades sociolóxicas que lle corresponden a Mugardos, unha vila moi xerarquizada, coas clases sociais moi polarizadas. Arriba, -xa o explico no libro-, os rendistas, armadores, industriais, titulados -médicos, cregos, profesores, oficiais da armada e do exército-, e ao seu lado comerciantes e empregados en postos do estado. Estas dúas clases sociais mandaran sempre en Mugardos. Mais tamén había moitos militares da Armada, e moitos obreiros do sector naval e pescadores, que se organizan a primeiros de século en partidos e sindicatos de esquerda. O que pasa na República é que aquelas normas que sempre se mantiveran foron cuestionadas e rotas. Os obreiros reivindicaban os seus dereitos... "O que pasa na República é que aquelas normas que sempre se mantiveran foron cuestionadas e rotas. Os obreiros reivindicaban os seus dereitos..." Hai algo que soa raro en toda a historia. En decembro do 1936 o seu home, Gabriel Toimil, foi liberado no cárcere da "Escollera" do Arsenal de Ferrol. O mesmo día levantaron o arresto domiciliario a Amada. Pero a ela volveron detela e xa non a soltaron máis, ata fusilala. Mais a el liberárono e non volveron molestalo. É chocante, si, que a el non lle pasase nada e que a ela a acabasen fusilando. Mais é moi difícil atopar datos que o expliquen. El era un home queimado, amargado, iso si podo afirmalo. Abandonou Ferrol e deixou a Gabriel coa familia da nai e á filla coa familia del. Marchou, déronlle un traballo cualificado no arsenal de Cartagena e non volveu ata que era maior, cando se xubilou. Fora detido, mais non lle pasou absolutamente nada máis, malia ser considerado tamén un tipo perigoso para a nova "orde". Podería dicirse que foi vítima indirecta dunha situación que o desbordou. "Podería dicirse que Gabriel Toimil Dopico foi vítima indirecta dunha situación que o desbordou" No consello de guerra de Amada foron sentenciadas a morte outras 23 persoas, cinco a cadea perpetua, cinco a 20 anos, tres a 12 anos e seis absoltas. Despois a sentencia foi revisada e conmutaron 16 penas de morte e estableceron reducións de condenas a prisión. Amada foi executada con 7 compañeiros máis. Estivera no cárcere e no castelo de San Felipe con Elena Leira, que tamén era nai, pero a Elena conmutáronlle a pena de morte. Elena pertencía a unha coñecida familia de Pontedeume e conseguiu a conmutación, segundo todas as referencias recadadas, mediante un suborno. Así era... |
NOS_44530 | Un marco de recoñecemento de Galiza como nación permitiría un outro escenario de mudanza económica e social en beneficio da maioría social e clase traballadora. | "Nós traballamos, nós decidimos". Unha premisa que BNG e CIG reclaman para exemplificar a defensa dun marco galego de relacións laborais. Un marco que, aseguran desde as dúas organizacións, suporía melloras para a clase traballadora e maioría social. O BNG presentou esta quinta feira á CIG a proposta política plasmada nas Bases Democráticas. Ambas coincidiron en que un marco institucional deseñado a partir do recoñecemento de Galiza como nación permitiría mudar a actual dinámica económica e social. Recentralización "Estamos ante unha recentralización e un roubo de dereitos moi prexudicial para o noso país. A taxa de paro medrou catro puntos desde 2009, a poboación activa caeu tres veces máis ca media estatal, e temos unha taxa de actividade menor ca media", indicou a portavoz nacional, Ana Pontón, tras o encontro dunha representación da Executiva nacional coa dirección da CIG, encabezada polo secretario xeral, Paulo Carril. Incremento das desigualdades, da precarización e temporalidade están cada vez máis presentes. Miles de traballadores cobran menos do salario mínimo, algo "no que teñen moito que ver os convenios colectivos que se impoñen desde Madrid", afirmou Pontón. A proposta política das Bases Democráticas, dixo, "permitiría blindar un marco galego de relacións laborais e unha carta de dereitos sociais avanzados que de facto bote por terra todas as contrarreformas e roubos de dereitos dos últimos tempos". A recente negociación das traballadoras de Bershka, do sector provincial da construción en Pontevedra ou as negociacións que se aveciñan para o cadro de persoal do Banco Pastor son exemplos citados pola CIG da importancia de ter un marco galego de relacións laborais para evitar imposición desde Madrid, e mesmo que se exclúa dunha negociación aos representantes laborais dos centros de traballo de Galiza, como pode pasar co caso do Pastor na Coruña. |
NOS_45580 | Após a igualada sen goles do Murcia na súa visita ao campo do Las Palmas, Lugo e Dépor, embora non pasaren esta xornada do empate, colócanse terceiro e cuarto, respectivamente, a só un ponto das prazas que dan o ascenso directo. Imaxe capa: Riazor.es | Nesta xornada, a equipa de Setién abeirou a proeza, mais acabou desbaldindo unha renda de tres goles na casa do líder. Unha acción a balón parado, no minuto 92, selou o empate a 3 no taboleiro de marcas. En Riazor, en troca, o tempo engadido deu un ponto aos de Fernando. Foi outra falta, executada por Culio, que bateu na trabe. O rexeitamento cazouno Borja para facer gol. Lugo e Deportivo continúan igualados, na parte alta da táboa, despois de totalizar 17 pontos con 10 capítulos do campionato xa ultrapasados. Os de Setién estiveron inconmensurábeis en Huelva, nomeadamente na primeira metade (0-3). Porén, o xogo fíxoselles longo de máis e o Recreativo demostrou por que está ao frente da clasificación. Non só foi quen de igualar un taboleiro de marcas tan adverso, senón que mesmo dispuxo dunha oportunidade final -unha cabezada de Arana- co cronómetro nas boqueadas, que non foi gol de milagre. En todo caso, o Lugo fixo honra á súa condición de equipa revelación e mantén a súa solvencia, quer no Anxo Carro quer fóra da Galiza. Neste momento, está 8 pontos por enriba da zona de descenso. A permanencia continúa a ser o obxetivo, de acordo co discurso oficial do clube. En realidade, e de non sofrer nengún andacio de lesións, o Lugo ten fútbol abondo para estar na zona media-alta da táboa. Huelva: Jesús Cabrero; Cifu, Zamora, Ruymán, Morcillo; Montoro, Dimas (Álvaro Antón, m. 77); Manuel Arana, Jorge Larena (Joselu, m. 60), Felipe Gallegos (Ezequiel, m. 60); e Miguel Linares. Lugo: José Juan; David de Coz, Lolo Pavón, Víctor Marco, Manu; Carlos Pita (Rafa García, m. 52), Fernando Seoane; Iván Pérez, Álvaro Peña, Pablo Sánchez; e Enzo Rennella (Fran Sandaza, m. 57). Goles: 0-1, m. 5: Renella; 0-2, m. 37: Álvaro Peña; 0-3, m. 42: Pablo Sánchez; 1-3, m. 67: Cifu; 2-3, m. 80: Arana; 3-3, m. 92: Álvaro Antón. Contados disparos entre os tres paus En Riazor, as bancadas viviron a historia de sempre este curso. Certo que o Deportivo estivo máis intenso do que noutras ocasións -tamén a freguesía se envorcou máis no choque, até o ponto de os blues provocaren unha interrupción do xogo cunha bengala, que lle trará un novo desgosto ás arcas branquiazuis-, mais as constantes foron as de toda a tempada: unha equipa situada moi atrás, cunhas bandas praticamente inexistentes, e moi escasa capacidade para xerar accións de ataque. Contados, contadísimos, os disparos entre os tres paus. O Deportivo continúa a depender en moi boa medida da inspiración de JuanDo, se ben é certo que os fogonazos de Culio son cada vez máis determinantes (supuxeron tres pontos no Mini Estadi e deron o empate perante o Zaragoza, seu foi o libre directo que, oportunismo de Borja mediante, deu o empate). O que non varía é a insubstancialidade do xogo de Rudy e a invisibilidade de Arizmendi. Gostou Luisinho e sobresaíu Wilk, titánico soerguendo a armazón de contención na medular. Deportivo: Lux; Laure, Álex Bergantiños, Insua, Luisinho; Wilk (Luis Fernández, m. 78); Arizmendi (Núñez, m. 53), Juan Domínguez, Culio, Rudy (Manuel Pablo, m. 93); e Borja Bastón. Zaragoza: Leo Franco; Cortés, Álvaro, Paredes, Abraham; Movilla (Cidoncha, m. 60), José Mari; Barkero (Tarsi, m. 66), Víctor Rodríguez, Montañés (Laguardia, m. 84); e Henríquez. Goles: 0-1, m. 79: Álvaro; 1-1, m. 92: Borja Bastón. |
NOS_45219 | A oposición denuncia a "falta de participación" en todo o proceso previo. | O pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou esta quinta feira, inicialmente, o novo Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), case seis anos despois da anulación xudicial do anterior plan, e cos únicos votos favorábeis do grupo socialista, a abstención de BNG e Marea, máis o voto contrario do PP. Na sesión plenaria, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, defendeu que o novo plan tivo a participación de colectivos veciñais, profesionais e socioeconómicos, e lembrou que o debate desta quinta feira non é o punto final da súa tramitación. A partir de agora, detallou, abrirase o período de exposición pública, que se ampliou a tres meses, e porase a disposición da veciñanza e entidades recursos técnicos e medios para que poidan coñecer e "comprender" o novo PXOM. Ademais, recalcou que este plan é "realista", elaborado "con clara intención de executarse" e que recolle as necesidades da cidade até 2050. Afirmou que conta nas súas previsións de vivenda protexida cunha media do 30% e un aumento de zonas verdes, espazos dotacionais e chan industrial e comercial, renunciando a actuacións controvertidas recollidas no plan de 2008, como a Rolda, a Cidade do Frío ou o desenvolvemento de Porto Cabral. Críticas da oposición Todos os grupos da oposición coincidiron en criticar a tramitación do novo plan urbanístico, ao considerar que non houbo participación dos axentes sociais e económicos da cidade, e reclamaron ao Goberno local que facilite esa participación no que queda de tramitación. O portavoz do PP, Alfonso Marnotes, advertiu de que o novo plan ten "indefinicións" e "lagoas", e carece de ordenación detallada en numerosos ámbitos, o que provocará "problemas no seu desenvolvemento". Pola súa banda, o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, ironizou sobre o feito de que "agora" todos os grupos que participaron dun modo ou outro no PXOM anulado renuncian á súa "paternidade", e incidiu na "falta de participación" na tramitación deste. Mentres, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que se aprobou (inicialmente) un PXOM en Vigo "por primeira na historia da cidade cos votos dun só grupo", e subliñou que a anulación do anterior tería que ser "unha oportunidade para aprender dos erros". |
PRAZA_3626 | Dende este martes, a Vicepresidencia de Dereitos Sociais pode dar instrucións ao Exército para "a protección da poboación sen fogar" ou residente en asentamentos precarios | Anunciábao pola tarde o alcalde, Abel Caballero, e poucas horas despois comezou a ser visible nas rúas. Efectivos do Exército de Terra -nomeadamente, da Brilat- están despregados en varias rúas de Vigo para, segundo indicaron as propias forzas armadas, realizar "recoñecementos" e patrullar, especialmente áreas sensibles como "porto, aeroporto e estacións de tren".Trátase, segundo resalta o goberno local vigués a través do propio alcalde, que este corpo militar "reforce a vixilancia" e "faga cumprir" as normas do estado de alarma destinadas a frear o contaxio do coronavirus. Estarán, asegura Caballero, "en coordinación coa Policía" para garantiren a "responsabilidade cidadá" na orde de "non saír da casa".Competencias en materia socialEste inicio do despregamento que -segundo confirmou este martes o propio Goberno de España- implicará tamén ver militares nas rúas doutras cidades galegas como A Coruña -neste caso, a Unidade Militar de Emerxencias, a comezar pola contorna do CHUAC, confirma o Goberno-, coincide coa publicación no Boletín Oficial do Estado da disposición que expande as competencias do Exército durante a crise. Concretamente, ampliándoas tamén ao ámbito social.Dende este martes, a Vicepresidencia de Dereitos Sociais pode dar instrucións ao Exército para "a protección da poboación sen fogar" ou residente en asentamentos precariosTal e como avanzara o propio Executivo estatal, o Ministerio de Defensa -un dos que ten encomendado o papel de "autoridade competente" no estado de alarma- pasa a "apoiar o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030", a vicepresidencia que xestiona Pablo Iglesias, na atención a persoas sen fogar. Concretamente, recibirá "ordes e instrucións para a protección da poboación sen fogar e asentamentos chabolistas" por parte dese departamento.Ademais, a vicepresidencia terceira poderá ordenar ao Exército apoiar as "actuacións inmediatas" que "propoña aos servizos sociais" de calquera punto do Estado. Tamén, especifica, "para a protección da poboación sen fogar" ou residente en asentamentos precarios.No caso concreto de Galicia, as actuacións que a Vicepresidencia de Dereitos Sociais poida aplicar en materia de persoas sen fogar engadiranse ás que xa están en marcha tanto por parte da Xunta como dos concellos. Así, tras as dúbidas iniciais, boa parte dos centros que atenden a esta poboación -cociñas económicas, albergues ou centros de atención social continuada- poden permanecer abertos e diversos concellos, especialmente nas cidades, reforzaron os seus dispositivos neste eido.Con este pano de fondo, este mércores continúa o despregamento en Galicia doutros efectivos da Unidade Militar de Emerxencias. Concretamente, informa a Delegación do Goberno de España en Galicia, acudirán membros da UME a Santiago e Vigo. Na capital galega farán traballos de "desinfección" en terminais de transportes como a estación do tren ou a dársena de Xoán XXIII, os centros de acollida de peregrinos, a Cociña Económica e varias dependencias oficiais. En Vigo tamén realizarán estes labores en infraestruturas de transportes, nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro e, como en Compostela, tamén en superficies comerciais. |
NOS_28822 | Os organizadores da Rapa das Bestas defenden a actuación dos aloitadores e a seguridade física e psíquica de animais e persoas, mentres que a entidade animalista considera que se actúa "á marxe de calquera lei". | A ONG naturalista Fundación Franz Weber (FFW) denunciou esta terza feira que Rapas das Bestas, como a de Sabucedo, no concello da Estrada, son realizadas "á marxe de calquera lei", debido a que non existe normativa sobre o trato aos animais, participación de menores nin dos aloitadores, encargados de cortar as crinas, en palabras da entidade. GALERÍA | Así foi a Rapa das Bestas 2022 Segundo sinala FFW nun comunicado, o trato recibido polos cabalos, que considera que son "golpeados, agarrados polos orificios nasais e tombados", leva a resaltar a inexistencia dunha normativa en en relación ás rapas. No caso de Sabucedo, a rapa serve para desparasitar os cabalos salvaxes e para lles cortar as súas crinas, co fin de evitar que estas se enganchen na maleza. Tamén curan as posíbeis feridas que os animais teñan para evitar que se infecten e lles poidan causar a morte. Regresa con forza a Rapa das Bestas de Sabucedo Os organizadores da Rapa das Bestas defenden a actuación e o trato que reciben os cabalos, desde o momento en que son recollidos do monte, días antes das xornadas para os desparasitar e cortar as crinas, até que os ceiban após o derradeiro curro. Presenza de menores Por outra parte, FFW advertiu do "risco" da participación de menores de idade, algo que debería ser obxecto "dunha profunda reflexión". A Rapa das Bestas vive unha segunda xornada "accidentada e chuviosa" As orixes da Rapa en Sabucedo A veciñanza desta parroquia da Estrada cre que xurdiu dunha gran peste que afectou a comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Dúas irmás de Sabucedo ofrecéronlle ao patrón da parroquia, San Lourenzo, un par de bestas da súa propiedade se as defendía da epidemia. Pasada a peste, as mulleres cumpriron o seu ofrecemento e doaron as dúas bestas ao párroco. Cos anos, os cabalos salvaxes multiplicáronse nos montes da bisbarra. Peste: Bestas e relixión en Sabucedo "Pódese dicir que esta tradición encontra certos apoios nalgúns topónimos que lle dan verosimilitude histórica", explica o teólogo e doutor en Filosofía Manuel Cabada Castro no libro A Rapa das Bestas de Sabucedo. Historia e antropoloxía dunha tradición (Ir Indo). Mentres durou a peste, as dúas irmás, coñecidas como "as vellas", refuxiáronse nunha cabana próxima á aldea. Aínda hoxe se conserva o topónimo A Cabana, unha veiga próxima na que se atoparon pedras levantadas a modo de paredes. Carballeira das Vellas, Fonte das Vellas e Lebagueiras Vellas son outros dos lugares que chegan até nós. |
NOS_21267 | Fontes da investigación citadas por Europa Press falan dun detido en Lugo, outro en Ciudad Real e unha muller en Vigo pola súa presunta responsabilidade no lanzamento dun cóctel molotov contra a sede do Círculo de empresarios de Vigo en setembro de 2012. | Axentes das forzas de seguridade terían procedido nesta terza feira á detención de tres persoas no transcurso dun operativo coordinado pola Audiencia Nacional española, segundo informa a axencia de noticias Europa Press. O operativo, sostén EP, estaría en relación co lanzamento dun cóctel molotov en setembro de 2012 contra a sede do Círculo de Empresarios de Galicia-Club Financeiro Vigo. Segundo sempre a versión dada por esta axencia, citando 'fontes da investigación', no marco da operación procedeuse a realizar varios rexistros en Vigo e Lugo. As persoas detidas, afirman na información, "están relacionados con movementos anarquistas de Galiza". Sempre en base a esta información, @s detid@s son M.C.O.M, J.O.C e O.R.C e farían parte dun grupo denominado ADAI (Acción Directa Anticapitalista Internacionalista). A sede do Círculo de Empresarios de Galicia-Club Financeiro Vigo, na céntrica rúa viguesa de García Barbón, foi obxecto dun ataque con cóctel molotov na madrugada do 17 de setembro de 2012. O ataque non provocou ferid@s nin desperfectos de gravidade, segundo recoñecían os medios de comunicación naquela altura. |
PRAZA_7318 | A distancia do tambor (Espiral Maior) é o poemario co que Eva Veiga gañou o XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Entrevista de Montse Dopico | As mulleres que transmiten a tradición. O tempo. O canto, o ritmo. A memoria. A cicatriz. A posibilidade do cambio. Abrir os ollos á luz. A imaxe. A emoción. Todo iso, e moito máis, é A distancia do tambor, (Espiral Maior), o poemario co que Eva Veiga gañou o XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Falamos con ela deste e dos seus outros libros. A frecha azul do teixo estaba marcado pola ausencia. A distancia do tambor tamén, pero doutra maneira. Cal é a relación entre os dous libros? Sempre hai continuidade entre os libros porque veñen da túa biografía, da túa reflexión sobre a vida. Neste caso si hai unha continuidade en canto á ausencia, pero nun sentido diferente. No libro anterior a ausencia é a dor e a linguaxe como ámbito seu: a linguaxe como capacidade para traer a presenza. En A distancia do tambor xa non é a ausencia da nai: aínda que, claro, algo tan radical como a perda da nai vai estar sempre. Pero aquí é máis ben a infancia como lugar "inocente", no sentido de estar a descubrir o mundo. É o que sempre andamos a buscar, porque é inexplicable, porque toca a cerna da vida. As experiencias radicais achégannos a ese núcleo adoito inaccesible da vida, ao máis dentro do corpo… A poesía permítenos a distancia para contemplar os feitos, pero o que pretende é volver ao ritmo, -que trae a emoción-, a ese lugar, a esa experiencia. Neste libro son fundamentais as mulleres. As nais, as avoas,..., as mulleres que nos aleitaron, que nos transmitiron, -sobre todo elas-, a tradición, o canto. E o canto é o primeiro. As mulleres son, ademais, as grandes vítimas da historia. E o que eu quero é a loita por deixar de selo, a asunción desa responsabilidade. "As experiencias radicais achégannos a ese núcleo adoito inaccesible da vida, ao máis dentro do corpo… A poesía permítenos a distancia para contemplar os feitos, pero o que pretende é volver a ese lugar, a esa experiencia" O título de A distancia do tambor vén dun poema que lle dedicas a Margarita Ledo, con quen rodaches A cicatriz branca. É que o libro naceu en Bos Aires, na estación Constitución, durante a rodaxe da película de Margarita Ledo. Alí naceu o primeiro poema. Eran moitas horas alí na estación e a miña personaxe era unha muller emigrada. Pensando niso fíxenme máis consciente de algo que xa dixo Tenneesse Williams: que a distancia máis insalvable é a temporal. E a poesía é o que nos permite salvala. A da emigración forzosa segue a ser a grande ignominia actual: a causa, unha economía especulativa e transnacional deshumanizada e deshumanizadora que provoca ademais terribles conflitos armados e, xa que logo, milleiros de seres humanos desprazados. E mulleres e nenos sempre levan a peor parte. Por iso o poema de Mali… "Fíxenme máis consciente de algo que xa dixo Tenneesse Williams: que a distancia máis insalvable é a temporal. E a poesía é o que nos permite salvala" Nótase neste poemario un traballo de contención da palabra: versos e poemas curtos… Por que? O poema é o reino da liberdade, o reino dos sentidos, porque permite cantos máis sentidos mellor. A min gústame a boa poesía e admiro tamén o verso longo, pero no que eu escribo, e non só poesía, se podo dicir o mesmo con dúas palabras non o digo con máis. Non é austeridade, -que non me gusta nada esa palabra-, mais si contención, porque é aí onde atopo a pulsión. Onde a palabra está menos determinada pode significar en plenitude. Quero dicir que a palabra ten aire para se mover en todos os sentidos, para acadar co lector ou lectora outros significados. O poema paréceme así máis vivo. Aínda que non é algo que eu me impoña. É o que me pedía o poema cando escribín este libro. Non ten por que ser así no futuro. Hai desde haikus ata rimas…, -que xa había e Fuxidíos, por exemplo-. Tamén é moi libre nese sentido. Tampouco me impoño nada niso. Unha vai evolucionado con respecto á propia existencia, á vida. Cada sentido, cada significado, trae a súa forma, se es sincera contigo mesma. E a rima non deixa de ser ritmo. Dixo Xavier Seoane que hai bastante rima asoante na miña poesía, que eu non me dera conta… Mais é o que dicía: é o que pide o poema en cada momento. Escribo con total liberdade, claro. Se non fose así non tería sentido escribir. Escribir é unha aventura de coñecemento e é marabilloso ter un medio de expresión como a poesía, que che permita esa exploración coa linguaxe. Somos linguaxe, ao fin. "A palabra ten aire para se mover en todos os sentidos, para acadar co lector ou lectora outros significados. O poema paréceme así máis vivo" A memoria está moi presente en A distancia do tambor e estaba en A frecha azul do teixo. Por que? A memoria é a plataforma sobre a que se ergue o futuro. Sen memoria non habería evolución, non seríamos nada. Non só pola memoria xenética, senón tamén pola cultural. A memoria cóntanos, e a medida que se vai contando, vaise afastando do relato orixinal. Outra cousa é o labor documentario, que si ten que axustarse ao relato dos feitos. Pero a literatura non conta os feitos. Dicía Octavio Paz que a historia dános os feitos e a literatura a verdade. Porque a verdade está nos sentimentos. A verdade é o movemento espiritual, que nos leva a sentir, contar a transformar. E a historia da cultura é a historia da transformación, e a poesía é tamén transformación. Eu non concibo un pobo sen poetas, porque sen poesía non temos documentación do sentir das emocións, da verdade. Por iso as cantigas poden dar máis información que a historia. A memoria pode agochar o relato verdadeiro. O poema conta a historia, transformándoa. E é nesa transformación onde a memoria se fai presente e porvir. "A memoria é a plataforma sobre a que se ergue o futuro. Sen memoria non habería evolución, non seríamos nada" A distancia do tambor ten unha dimensión colectiva. Antes falabas de Mali. Tamén hai un poema dedicado a Implicadas no Desenvolvemento. É que eu creo firmemente que isto non ten amaño se non somos conscientes de que a humanidade é un superorganismo que ten que vivir harmoniosamente, sen que poida haber unha parte da humanidade que explota a outra: isto é dunha estulticia mental tan absurda… E nisto, a vida saberá por onde nos leva, é dicir, a vida fará algo para que cambiemos, porque a explotación por parte do grande capital de boa parte do planeta non leva a ningures. Por iso temos que ser conscientes desa dimensión colectiva. O cal non supón renunciar ao individual. Pensar na humanidade como superorganismo muda todo: o punto de vista ético e tamén o estético. Temos que mudar, sobre todo, as emocións. Por iso é tan importante a poesía, e a arte en xeral. A poesía, a cultura, axúdanos a construír o mundo, sempre que esteamos dispostos a cambiar. "Eu non fago apoloxía da dor, por suposto, mais a vida ensínanos que a dor, que é algo que non eliximos, fainos ver cousas que antes non eran para nós visibles" "Na cicatriz/ dunha pinga de auga/ sobrevivir", di un dos poemas de A distancia do tambor. Que é a cicatriz nos teus libros? A cicatriz naceu co libro A luz e as súas cicatrices. A cicatriz é a pegada de algo que deixou unha impresión forte. Todas as impresións fortes levan en si o gozo da revelación, porque a revelación é aprendizaxe, e por outro lado a dor. Eu non fago apoloxía da dor, por suposto, mais a vida ensínanos que a dor, que é algo que non eliximos, fainos ver cousas que antes non eran para nós visibles. A dor en si só pode embrutecer, pero temos capacidade de transformala en camiño, en visión, en luz. A cicatriz, como impresión que nos deixou unha experiencia radical, é como un catalizador, que axuda a ver, como se nos aparecesen máis ollos. "A palabra axuda a ver, revela, pero tamén oculta. A linguaxe está contaminada, trae moito lixo que hai que limpar. Hai palabras que foron cargadas con significados espurios" "A nunca segura posibilidade de saír con vida/ do túnel das palabras", di outro poema. En A distancia do tambor tamén está a palabra como conflito. Porque a palabra axuda a ver, revela, pero tamén oculta. A linguaxe está contaminada, trae moito lixo que hai que limpar. Hai palabras que foron cargadas con significados espurios. As grandes palabras de sempre están a ser utilizadas para dicir o contrario do que significan. Ademais, hai prostituidores da palabra profesionais. Por iso a palabra ten que ser limpada, posta ao servizo de si mesma, do significado que lle corresponde. Se as palabras están contaminadas, tamén o está o pensamento. Un exemplo é o machismo: é incríbel que xente nova siga a ser machista. En relación con iso, hai que limpar a palabra amor. Se non entendes o que é o amor, estás perdido porque vas confundirte na vida. Ao meu modo de ver, o estado da palabra, e en especial o da palabra poética, ten que ser crítico e asemade de emerxencia. Falabas antes de A luz e as súas cicatrices. En realidade, a luz está moi presente en todos os teus poemarios, con distintos significados. Por que? É algo inevitable para min. Para escribir A luz e as súas cicatrices estudei a luz como fenómeno físico. Pero non é só iso. Somos un epifenómeno da luz: sen a luz non seríamos. É a imaxe máis certa do noso ser. E ademais a luz é inapreixábel: non a podemos reter. A luz manca, como cando ves despois de ter os ollos pechados. Pero tamén dá vida, e como a vida é un camiño de coñecemento, a luz é a imaxe da busca. Sempre está, como algo que revela, algo que fai ver. Outra imaxe que aparece moito nos teus libros é o sangue. Por algún motivo especial? É que eu son transplantada de médula e claro, ao ter esa experiencia aprendes que no sangue está todo, que é a verdadeira memoria humana. A médula é como a fonte, o manancial. Aí nace o sangue, naces ti… A min gústame moito ir onde nacen os ríos. O borboriño da auga lémbrame o borboriño da miña médula. "Eu quero ter esperanza. Que veña o que veña na vida, que me permita transformalo e aprender mentres teña ganas. Eu quero vogar a favor do tempo e non en contra" Tamén hai moita consciencia do tempo. Como en A frecha azul do teixo. O tempo é como a luz, o que nos constitúe de xeito radical, mais que non podemos apreixar. Se pensamos no que nós chamamos o paso do tempo, semella que se nos fose a vida. Pero eu penso que non é así, que gañamos vida. O malo é se pensas que todo tempo pasado foi mellor. Ese é un pensamento melancólico, e eu non son melancólica, senón optimista, e realista. Eu quero ter esperanza. Que veña o que veña na vida, que me permita transformalo e aprender mentres teña ganas. Eu quero vogar a favor do tempo e non en contra. De todas maneiras, fronte a esa visión do tempo como sucesión inexorábel hai outras: o tempo cíclico, o tempo zen… e eu sitúome máis aí. Desconcerto tiña un lado colectivo que conecta con A distancia do tambor. A estirpe á que queren roubarlle a liberdade, a precariedade, os mortos nas cunetas do país e, en xeral, a necesidade da insubmisión. Eu non son agora moi activista pola miña precaria saúde, pero funo moito, e para min é algo fundamental. Non somos nada sen o colectivo. Aínda que eu tamén son alérxica ás imposicións ideolóxicas: para min é moi importante a liberdade de pensamento. É fundamental o ben colectivo. Os afectos tamén marcan os teus poemas. O amor e o desamor, por exemplo en Paisaxes do baleiro. O desamor é unha experiencia radical tamén. Pero máis alá da experiencia persoal que poidamos ter cadaquén, o que me interesa é o amor e o desamor como asunto. Eu creo que o amor é esa forza única que están a buscar os científicos. Creo que ten unha función individual e cósmica que aínda non conseguimos entender. "Non coñezo outra forma de ser veraz que contar algo a través de min, o cal non significa que non escoite aos outros" Salientabas antes a importancia da poesía como xeito de expresar a emoción. A túa poética alicérzase niso: a emoción, as sensacións… E eu, en definitiva. Non coñezo outra forma de ser veraz que contar algo a través de min, o cal non significa que non escoite aos outros. As sensacións, as emocións, son testemuño de ti mesmo, aínda que a través delas buscas expresar algo máis universal. De todas maneiras, a min o que máis me interesa é a creación de imaxes. A imaxe é como o contacto das almas felices de falaren, como dixo alguén. É verdade iso de que decidiches ser poeta tras escoitar un poema recitado na escola? Totalmente. Tiña catro anos e a mestra leu un poema na escola. Foi unha experiencia tan radical, -se cadra a máis radical da miña vida-, que quedei totalmente abraiada. Era unha metáfora da transformación, dun verme de seda. Quedei absolutamente noqueada. A mestra explicoume o que era a poesía. E eu cheguei á casa e díxenlle a miña nai que quería ser poeta. Ela riu e dixo que os poetas morrían pobres. Pero a min non me importaba… Desde entón teño esa necesidade de escribir. Se cadra tamén por iso recito co grupo Ouriol… |
NOS_28987 | O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) indica que a poboación de cidades como Vigo ou A Coruña está máis concienciada co consumo de produtos cultivados de maneira sostíbel que a do resto do país. | Non é ningún segredo que a estas alturas do ano nos refrixeradores de moitas casas hai un oco reservado para unha boa peza de melón ou sandía. E fan ben as e os que así o deciden porque se se quere ser sustentábel e consumidor de quilómetro cero na medida do posíbel, xa o di o Consello Regulador da Agricultura Ecológica de Galicia (Craega) "no verán tradicionalmente hai máis produtos de horta polo clima; carne e leite temos todo o ano". O secretario do Craega, Javier García, fala dos productos certificados polo Consello Regulador galego. O coronavirus non impediu que se controlaran as plantacións. "Todos os produtos hortícolas tiveron máis movemento hai catro meses sen afección da Covid-19", explica. O cadro de persoal de inspección acudiu, coas medidas sanitarias e precisas, a facer "os controis e as certificación". Todo está boísimo, non hai dúbida. Pero nesta tempada recomenda probar o que aínda está a saír da terra: calabacíns, leitugas, tomates, pementos, patacas... Vén xenial está cesta da compra porque "en verán tiras máis das ensaladas". Nas grandes ciudades como Vigo ou A Coruña hai unha maior "sensibilización polo produto ecolóxico" porque, dalgún xeito, nas aldeas a cidadanía xa está acostumada a comer o que cultiva. Tan sinxelo como coller a froita da árbore. O éxito do terreo galego é coñecido, pois nos ámbitos agrarios rumoréase que hai produtores non ecológicos doutras partes do Estado que buscan fincas para cultivar a medio e longo prazo aquí. Deste xeito, tendo en conta o cambio climático, poderían dar resposta a outra clientela que non mira o quilómetro cero senón que quere ter todos os froitos en cualquera época do ano. A nivel de negocio, a horta de Galiza conformaríase, fundamentalmente, por varias comarcas do norte. No entanto, o punto forte do país no que é este tipo de produción sostíbel tradúcese nas explotacións agrogandeiras. O volume de ventas segue a crecer tanto na carne como en alimentos derivados do coidado animal como a leite e outras variedades de lácteos. "O 70% do leite" que se envasa en España é galego. |
PRAZA_9551 | O presidente do Goberno central estreouse na precampaña en Galicia cun acto onde prometeu "derrogar a reforma laboral e facer un novo estatuto dos traballadores" entre protestas no exterior de persoal da planta de aluminio. | Pedro Sánchez estreouse na precampaña en Galicia cun acto na Coruña onde prometeu "derrogar a reforma laboral e facer un novo estatuto dos traballadores" e onde asegurou, tamén, que o estatuto da industria electrointensiva que se prevé aprobar nas próximas semanas "garante o futuro para Alcoa" tanto na cidade como na localidade asturiana de Avilés. Sánchez asegura que o estatuto da industria electrointensiva que se prevé aprobar nas próximas semanas "garante o futuro para Alcoa" tanto na cidade como na localidade asturiana de AvilésFixo esta promesa Sánchez mentres fóra do polideportivo San Francisco Javier traballadores da planta de aluminio da Coruña concentrábanse ao berro de "ministra Maroto, non nos vendan a moto" e onde as protestas viraron en tensión ante os intentos da policía por afastalos e a imposibilidade de atoparse co presidente do Goberno central. "Onde está o estatuto da industria electrointensiva?", preguntábanse os operarios de Alcoa mentres dentro o xefe do Executivo aseguraba que a súa futura aprobación garantía o emprego aos obreiros, acompañados por persoal de Poligal. Respecto a Galicia, Pedro Sánchez tamen se comprometeu a facher chegar "en prazo" a alta velocidade. Foi nun acto onde insistiu na necesidade de lograr "unha maioría parlamentaria" que lle permita ao Goberno central tamén recoñecer "o dereito á eutanasia e a unha morte digna". Ante 1.500 persoas, e algunhas delas fóra, Sánchez alegou ao PSOE como "o partido que une España" e insistiu na "mobilización" para que non ocorra o acontecido en Andalucía. Ademais, tamén advertiu de que gobernaría "ata o último minuto desta lexislatura"."Ser patriotas non é berrar viva España, é traballar para que se viva mellor", dixo, tras adiantar que non descarta "falar con todos os progresistas" de cara a un posible acordo de goberno. "hai que decidir entre un país que avance ou que retroceda e no que collamos todos ou non", insistiu tras críticas a Albert Rivera. Por outra banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou o PSOE como un partido de "esquerdas", que acabará co goberno de "retroceso" de Feijóo, convencido de que unha vitoria nas eleccións xerais trasladarase tamén a uns bos resultados nos comicios municipais e nas próximas autonómicas para esta formación.Antes da chegada do presidente do Goberno de España ao acto, no exterior do polideportivo, e ademais dos traballadores de Alcoa e de Poliga, tamén se concentraron representantes do colectivo de prisións que reclaman melloras salariais e laborais. |
NOS_10913 | Monicreques Alakrán, Fantoches Baj e A Cova das Letras serán as compañías encargadas de amenizar este domingo a última xornada do Titiriberia 2022. | Titiriberia, festival de monicreques tradicionais, despide este domingo, 31 de xullo, a súa sétima edición en Rianxo (O Barbanza) cos espectáculos de tres compañías galegas: Monicreques Alakrán, Fantoches Baj e A Cova das Letras. Titiriberia recupera "o feito cultural europeo por excelencia" Esta edición do ano 2022, que tivo lugar entre o 24 e o 31 de xullo na vila rianxeira, contou con 30 compañías e artistas, nunha cita que inclúe talleres e outras actividades para crianzas. O festival de monicreques está organizado pola asociación Morreu o Demo, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña e da Xunta da Galiza. AC Morreu o Demo: "Os títeres eran unha fórmula para liberarse" A primeira cita da xornada deste domingo será ás 13 horas deste domingo, na praia da Torre, Fantoches Baj representará 'Novos lobos', espectáculo que se achega ao tema do xénero desde o prisma das novas masculinidades. Pola súa parte, ás 18.30 horas na praia de Tanxil será a quenda da Cova das Letras co seu espectáculo 'Procúra-se Pepa a Loba', onde Cris Collazo narra e manipula monicreques para contar a historia dunha muller á que todo o mundo busca polo seu tesouro. O fechamento desta edición de Titiriberia correrá a cargo de Monicreques Alakrán, ás 21 horas, no Centro Cultural Vidal de Leiro, coa representación de 'Barriga Verde ataca de novo'. Esta última actuación trátase dun espectáculo de cachiporra tradicional, inspirado nas rutinas que facía a familia Silvent (que actuou nas mellores festas e romarías da Galiza) na súa famosa barraca a comezos do século XX. Arrinca en Rianxo o V Titiriberia coa figura protagonista de Barriga Verde Despois da actuación, o festival despedirase coa derradeira actividade. Así, celebrarase o útlimo encontro posfunción coa participación do público, que porá punto e final ao paso dunha nova edición de Titiriberia polo Concello de Rianxo. |
NOS_52931 | 1.412 deportistas de todo o mundo estarán presentes na competición, que conta co apoio do concello e foi inaugurado cunha cerimonia festiva na Praza da Pedreira. Terá lugar durante toda a fin de semana. | O Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra quedou inaugurado oficialmente na sexta-feira cunha concorrida cerimonia festiva na Praza da Pedreira e terá lugar durante toda a fin de semana. O Mundial é tamén dos records, con 1.412 deportistas inscritos de 38 países. Cos deportistas instalándose xa en Pontevedra e recoñecendo o trazado escollido para a competición, a organización do Campionato do Mundo de Dúatlon afánase en concluír os traballos previos ao evento, que arrancará ás 9:00 horas da mañá deste sábado. Os deportistas encargados de abrir o campionato serán os Júnior, primeiro as rapazas e posteriormente os rapaces, que completarán dúas voltas ao circuíto deseñado polo centro urbano para a carreira a pé (5 quilómetros en total), antes de encarar 20 quilómetros en bicicleta, con catro voltas chegando ata a rotonda de Lérez, e finalizar con outros 2,5 quilómetros a pé. Todo iso desenvolverase durante a mañá, mentres que na tarde do sábado competirán os deportistas Elite e Sub-23, no mesmo circuíto pero ampliando as distancias, cun primeiro sector de 10 quilómetros a pé, un segundo de ciclismo de 40 quilómetros e un final de 5 quilómetros de carreira. Para o domingo, xa sobre un circuíto de bicicleta ampliado polo Nacional 550 en dirección a Barro, disputarase a proba popular PontealDu (5 kilometros a pé, 19 en bicicleta e 2,5 de novo a pé) e os diferentes Grupos de Idade. O atleta Emilio Martín, da Ximnástica de Pontevedra é un dos favoritos ao triunfo neste Mundial, en cuxa organización está o concello da cidade, que agarda que sexa todo un éxito. |
NOS_46297 | Durante o tempo que permaneza activo o estado de alarma, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), axudará o estudantado a sufragar o custo da internet. | A universidade compostelá informa nun comunicado que o seu alumnado de grao e mestrado poderá acollerse a un plan de financiamento que pon en marcha para garantir o seu acceso ao contido do campus virtual e "demais ferramentas didácticas", co fin de que continúen coa súa formación académica. A axuda poderá solicitarse a partir da próxima segunda feira, 30 de marzo, e contempla os gastos da internet até un máximo de 30 xigas. Así, a USC comprométese a financiar 90% do gasto na internet da persoa beneficiaria até un máximo de 40 euros. As solicitudes, restrinxidas a alumnado matriculado no presente curso, deberán formalizarse na sede electrónica da USC até o 15 de abril. Ademais, a USC tamén acordou suspender o cobro das cotas do servizo universitario de residencias. Fica paralizado o pagamento da Escola Infantil Breogán e das actividades de extensión universitaria. Anega crea un banco de apuntamentos Por outra banda a Asemblea Nacional das Estudantes Galegas (Anega) creou o banco de apuntamentos Mancomún, unha ferramenta destinada a alumnado universitario e de Bacharelato para "fomentar a colaboración" durante a suspensión das aulas. O material poderá ser descargado de maneira gratuíta. |
NOS_51575 | A entidade estará intervida durante 90 días por "delitos financeiros". Juan Carlos Escotet, propietario do banco, deixa temporalmente a presidencia de Abanca para desprazarse aao país latinoamericano. | O goberno de Venezuela intervén Banesco, Banco Universal S.A, durante 90 días debido, afirman, a unha serie de operacións fraudulentas onde se sospeita que están involucrados directivos desta entidade financeira que en 2013 compraba Novacaxagalicia para transformala en Abanca. No comunicado oficial do goberno infórmase que esta decisión enmárcase na operación 'Mans de Papel' e que non vai influír nos servizos ordinarios do banco, polo que fai un chamamento ás persoas que teñan conta e aforros na mesma. No comunicado tamén se indica que esta operación é necesaria para sanear "os ilícitos" da entidade e reconducilo "á normalidade das actividades financeiras". O Fiscal Xeral Tarek William Saab deu a entender que tales operacións fraudulentas facían parte do "ataque sistemático á moeda nacional", realizado por "mafias económicas". Procedeuse á detención de 11 directivos de Banesco, entre eles Óscar Doval, presidente de Banesco en Venezuela e de orixe galega. Juan Carlos Escotet, presidente do grupo e que anunciou que deixaba temporalmente a presidencia de Abanca para se desprazar a Venezuela. |
NOS_6405 | O semanario tamén inclúe unha ampla entrevista coa mestra e autora de literatura infantil Helena Vilar Janeiro e desvela que hai tras o 'Arquivo Pacheco'. Se queres gozar de todos estes contidos, atoparás a publicación mañá nos puntos de venda habituais xunto co 'Nós Diario'. | Xa case é sábado. Marca na axenda ou no almanaque que mañá sae á rúa un novo número do Sermos Galiza, que nesta ocasión abre a edición cun texto no que une ao tempo que contrapón dous elementos característicos do país dos que presumen galegas e galegos: a autora Rosalía e a bandeira. Baixo o título 'Rosalía de Castro e a bandeira da Galiza. A confluencia de dous símbolos', Xoán Costa fala de rexionalismo e analiza a coincidencia dos símbolos a partir da aparición da bandeira na exhumación do corpo da autora, que en 1891 foi trasladada desde o cemiterio de Adina ao de Bonaval. A entrevista desta semana é á mestra e escritora de literatura infantil Helena Vilar Janeiro. Montse Dopico titula 'Vilar Janeiro. Tesón e luz' para dar paso a varias páxinas nas que comparte reflexións sobre a literatura, o uso do galego, o papel das escolas na creación do hábito da lectura. Tamén teñen espazo as obras e as redes sociais. O xornalista Manuel Xestoso asina a reportaxe 'Arquivo Pacheco. Imaxes para a (des)memoria)'. No texto repasa toda a historia deste estudo fotográfico de Vigo que foi cambiando ao tempo que o facía a sociedade. Desde aquel ano 1884 no que abriu na rúa Príncipe até que chegou a un acordo co Concello olívico para transmitir o legado que supón un fondo fotográfico de máis dun século da cidade. Esta semana o Colectivo Xea -Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo- levante canda eles 'De Viveiro a Punta Pardiñas' nun itinerario para andar e ver, sen excesiva dificultade. Para o tempo de lecer facémosche algunhas sabias propostas do puño e letra de Mario Regueira e Manuel Barreiro (Libros); Olga Brañas e Mario Vilariño (Música) e Andrés Castro (Cinema). Ademais, o deseñador Pepe Barro dedica a sección de Deseño a Víctor Moscoso co título 'Viva Moscoso!'. A análise arquitectónica das cidades corre pola conta de Lázaro Armental e o seu texto 'Sensual e urbano'. E para finalizar, contarás cos pasatempos ideados por Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Por certo, neste número revelamos cal vai ser o noso novo coleccionábel para o mes de xullo. Tes tanta emoción por comezar a ler que case non es quen de agardar até mañá? Tranquilidade. Podes mercar o Sermos Galiza xunto co Nós Diario na nosa tenda en liña ou, a partir de mañá, nos quiosques e outros puntos de venda habituais. Para non verte nestes apuros, recomendámosche que fagas a subscrición agora mesmiño! |
NOS_51066 | Ferraz estuda a proposta remitida por este sector, que pasa por afastar Pilar Cancela e situar no órgano os presidentes das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, así como o actual portavoz parlamentar. A fenda entre os socialistas alárgase. | Ferraz ten nas súas mans a proposta remitida desde o sector do PSdeG crítico coa actual xestora e nomeadamente coa súa presidenta, Pilar Cancela. Unha proposta cociñaba baixo a atenta mirada do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que após o comité federal onde se defenestrou Pedro Sánchez semella que optou por ser cara visíbel na Galiza do sector que tomou Ferraz. A estratexia do sector crítico pasa por afastar Pilar Cancela e situar no seu posto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que xa anunciou que está a disposición do partido para o que este dispoña. Na proposta proponse tamén os outros dous presidentes socialistas de deputacións, Valentín Gonzlález (A Coruña) e Darío Campos (Lugo) para que formen parte no organismo. Hai, entre os que se poñen á actual xestora, tamén quen recea do protagonismo e manobras de Abel Caballero Outros nomes son os do actual portavoz parlamentar e candidato do PSdeG nas autonómicas do 25 de setembro, Fernández Leiceaga, e o dos secretarios provinciais dos socialistas. O ex-alcalde compostelán Sánchez Bugallo, Mar Barcón ou Marisol Soneira tamén figuran nesa lista remitida a Ferraz. Desmarque Porén, varios cargos socialistas incluídos nesta proposta xa manifestaron que non queren facer parte da mesma e recelan do protagonismo que está a ter o socialismo vigués, concretado en Abel Caballero, ao que se sinala como localista e populista desde certos sectores do partido. "Está a facer un dano terrible ao PSOE, é un mal alumno de Paco Vázquez", manifestou un alcalde socialista. |
NOS_7344 | Arredor do documental "Por que non cantades todas" dirixido por Diana Toucedo artéllase a segunda sesión do ciclo documental "A nosa Terra, a Nosa Cultura" que se desenvolve no Museo Provincial de Lugo. As mulleres e a música tradicional son as protagonistas. | A terza feira 16 de xuño ás 20:00 hora terá lugar no Museo Provincial de Lugo a segunda sesión do ciclo documental organizado por Adega "A nosa terra, a nosa cultura" na que s proxectará o documental "Por que non cantades todas" de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e dirixido por Diana Toucedo Crespo. A seguir desenvolverase un coloquio no que participarán Alberte Román, técnico de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e Branca Villares, ensinante de música tradicional. O documental achégase á relación coa música dun grupo de mulleres da aldea de Zobra na Serra do Candán. No coloquio está convidada, ademais dun técnico da produtora Trespés, a ensinante de música e baile tradicional Branca Vilares en calidade de experta no tema. A xornada forma parte do ciclo que Adega promove por terceiro ano consecutivo dentro da campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio", unha proposta que se organiza a maneira dun cine-fórum centrados arredor de proxectos audiovisuais aos que non é fácil acceder e que teñen a ver co patrimonio natural ou cultural. |
NOS_44438 | Roteiros de sendeirismo na Galiza, un plan perfecto para estar en contacto coa natureza en calqueira época do ano | Sendeirismo na Galiza, o mellor pretexto para coñecer unha das rexións máis bonitas en canto a recursos naturais refírese. Se a natureza é o teu, Galiza é o teu lugar, unha rexión que presume de lugares únicos onde perderse até que decidas que che poden atopar. Se che gusta comer ben, descubre os 5 pratos tradicionais galegos para desfrutar este inverno Moitos son os lugares que che sorprenderán pola súa incomparábel beleza, ti encárgaste de preparar a mochila e nós de recomendarche cales son os mellores roteiros de sendeirismo na Galiza, aceptas o trato? Elixir os mellores roteiros de sendeirismo na Galiza é algo complicado, a rexión non nolo pon moi fácil, verdade? A pesar da súa incribel beleza natural, tiraremos de subxectividade... aí van as nosas. Se xa estás preparado para saír a camiñar, non te cortes, nós fixamos o destino. Comezamos! Camiño dos Faros O Camiño dos Faros é un roteiro de sendeirismo duns 200 quilómetros, dividido en oito etapas, que une Malpica con Finisterre, toda ela a pé de mar, auténtico protagonista deste singular roteiro. Un roteiro de excepcional beleza que percorre, un por un, os faros da Costa da Morte, un dos reclamos turísticos máis importantes da zona. Moitos son as paisaxes que poderás descubrir no teu roteiro. Faros, praias, dunas, ríos, cantís, bosques, estuarios, castros... e, como non, unhas vistas espectaculares. Tan só tes que buscar un lugar para gozar dunha posta de sol perfecta. Este roteiro é moi coñecido, pero iso non significa que o poida calquera, debes estar en forma para afrontalo. Non esquezas, o esforzo merecerá a pena. Se non te deixaches caer por alí, é momento de que o fagas, este roteiro de sendeirismo pode ser a escusa... a Costa da Morte espérache. Turismo na Galiza profunda: 7 lugares para perderse e descubrir a natureza Roteiro do Con Negro – Arte ao Natural nas Rías Baixas A nosa segunda proposta é un roteiro que bordea o mar e na que atoparás con bastantes tramos de area. Atravesarás praias como a de Con Negro, Aguieira, Barreiro ou Castiñeira e o mar seguirá sendo o teu compañeiro de viaxe. O roteiro de Con Negro é un percorrido pola esencia das Rías Baixas, de pouco máis de 3 quilómetros no Grove e moi fácil de realizar. Inmortaliza o lugar e non esquezas facelo desde as calas paradisíacas que atoparás polo camiño. Se queres fuxir do mundanal ruído, goza dun lugar espectacular, lembra que se estás rodeado de peques, podes levalos, o roteiro é apto para toda a familia. 5 cociñeiros e cociñeiras galegas na cúspide da gastronomía Roteiro do Canón do Sil – Ribeira Sacra Se queres gozar dun dos lugares máis bonitos e espectaculares da Galiza, ese é, sen dúbida, a Ribeira Sacra, zona que comprende as ribeiras dos ríos Cabe, Sil e Miño na zona sur de a a provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense. Se queres percorrer cada un dos seus recunchos, prepárate para o roteiro. O Canón do Sil e os seus arredores ofrecen unha contorna inmellorábel para a práctica do sendeirismo na Galiza. Paisaxes que impoñen, unha fauna rica e un patrimonio incribel, son motivos máis que suficientes para que te decidas a camiñar. O singular deste roteiro é que poderás atopar recunchos naturais moi diferentes, desde planicies até o máis profundo do Canón, desde prados a densos bosques ou desde antigos mosteiros até pobos tradicionais. Como podes ver, o paseo pola zona, merecerá a pena. Consulta todo ou que necesitas saber para realizar o roteiro do Canón do Sil O galego está de moda, e o deporte non é unha excepción, coñece aos 10 mellores deportistas galegos na actualidade Roteiro da Fervenza das Hortas Preto de Santiago de Compostela atopamos a nosa seguinte proposta. Este roteiro parte da Fonte Santa e finaliza na fervenza do lugar das Hortas, un lugar incribel. O roteiro duns 21 quilómetros conta cun percorrido circular e penétrase na zona rural de Arzúa, transcorrendo por camiños tradicionais e sen pisar, en ningún momento, vía asfaltada. O roteiro mostrarache, ao seu paso, recunchos idílicos que en plena natureza farñan que te esquezas de todo e de todos. Vai buscando con quen compartir a experiencia e gozar do espectáculo. A opción de ir só tamén é viábel. Iso si, vaite preparado e procura estar localizado en todo momento. 5 pratos galegos moi tradicionais para desfrutar en inverno da mellor maneira posíbel Por último e non por iso menos recomendábel, propoñémosche un roteiro moi bonito pero algo complicado. Poñamos rumbo á Coruña, alí espérate o roteiro do Canón do Eume. Este roteiro non é moi transitado, polo que se queres gozar da natureza en exclusividade, esta é unha opción moi a ter en conta. Percorrerás o interior abrupto do canón escavado polo río, rodeado de altas e rochosas paredes, camiñarás por carreiros das Fragas do Eume, ascenderás ao alto da presa e desde alí, unhas vistas espectaculares. Se sofres de vertixe, pénsao dúas veces, este roteiro non está pensado para ti. Até aquí as nosas recomendacións para unha xornada de sendeirismo na Galiza. Non están todas as que son, pero as que están molan moito. Natureza en estado puro para axudarche a estirar as pernas e mover o corazón... súmaste ao plan? |
PRAZA_19442 | A mobilización unitaria do feminismo galego celebrarase este domingo 5 de marzo en Compostela, con saída da estación de tren e remate na Praza da Quintana, onde tres mulleres que viviron loitas laborais leran un manifesto | Compostela acolle este domingo 5 de marzo a manifestación unitaria do feminismo galego, que este ano terá como eixos as violencias machistas e o empoderamento da muller, coa vista posta nas súas condicións laborais e acompañando a convocatoria -para este 8 de marzo- dun Paro Internacional de Mulleres, impulsado dende America Latina. O lema da marcha, Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita, recolle "o ánimo de xuntar esforzos e traballar en común na loita polos dereitos das mulleres e contra todas as manifestacións da violencia machista e contra o sistema heteropatriarcal". A marcha terá como eixos as violencias machistas e o empoderamento da muller, coa vista posta nas súas condicións laborais e acompañando a convocatoria -para este 8 de marzo- dun Paro Internacional de Mulleres, impulsado dende America Latina A manifestación, convocada por Batuke Feministas SCQ, Conas Ceives, Conclave Feministas Aleatorias, Fiadeiras, Marcha Mundial Mulleres Galiza, Mulheres Nacionalistas Galegas e Plataforma Feminista Galega, partirá ás 12 horas da rúa do Hórreo (fronte á estación de tren) e rematará na Praza da Quintana. Alí o manifesto (elaborado de xeito colaborativo polas entidades convocantes) será lido por tres mulleres de distintos lugares do país "cuxas historias e loitas representan ben a diversidade e forza do movemento feminista e das mulleres galegas". As lectoras serán Nélida Pisco, vítima de discriminación laboral en Autobuses de Calo (Compostela), Ángeles Fuertes, afectada polo conflito laboral de Linorsa (Ourense) e Pura Seoane, do Sindicato Labrego Galego (Pontevedra). O acto será conducido pola actriz coruñesa Isabel Risco. A marcha recibiu ademais as adhesións de varias ducias de organizacións políticas e sociais. O texto lembra que no que levamos de ano xa foron asasinadas 15 mulleres polo terrorismo machista e destaca que "o feminicidio é a punta do iceberg, e baixo este feito extremo agóchanse toda unha serie de violencias e discriminacións machistas coas que pretenden construírnos como mulleres ao seu gusto", entre os que están "os mal chamados micromachismos", a "hipersexualización e cousificación dos nosos corpos", a desigualdade social e económica, a relegación ao traballo non remunerado dos coidados, así como a precariedade laboral, o acoso sexual nas rúas e nos traballos, a dispersión xeográfica, as dificultades de emancipación, o empobrecemento "e todos os obstáculos que temos para construír os nosos proxectos de vida". "Os medios de comunicación e a sociedade xustifican e perpetúan actitudes patriarcais, chegando incluso a culpabilizarnos das agresións que sufrimos por parte dos homes polo mero feito de ser mulleres", denuncian e chámase a "tecer redes de apoio mutuo". "O heteropatriarcado quérenos submisas e caladas, pero nós levamos séculos berrando e loitando, e ímolo derrubar", conclúe o texto. Para axudar á difusión do evento na rede, proponse o hashtag #5MSonFeminista. Web da manifestación |
NOS_24155 | "Non se pode traficar coa saúde da xente", sostivo, mais puntualizou que "non estou de acordo con iso", en referencia ao proxecto de lei presentado no Senado pola súa formación, Morena. | O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, mostrouse contrario a unha proposta formulada por senadores do seu propio partido, Morena, para aumentar considerabelmente os impostos sobre a 'comida lixo' ou 'comida chatarra', tal e como é coñecida no país. Aposta, porén, por campañas de información e concienciación. "Non se pode traficar coa saúde da xente", sostivo, mais puntualizou que "non estou de acordo con iso", en referencia á suba impositiva. Recentemente, os lexisladores dos Estados de Tabasco e Oaxaca aprobaron prohibicións deste tipo de produtos para os menores, mentres que varios Estados máis están a sopesar medidas enérxicas. O coronavirus veu a revelar o alcance das enfermidades relacionadas coa obesidade, como a presión arterial alta e a diabetes. López Obrador e o subsecretario de Saúde, Hugo López-Gatell, dixeron que as malas dietas contribuíron a exacerbar o surto en México, un dos países máis afectados pola pandemia da Covid. Impacto nos máis pobres O proxecto de lei, proposto polo senador Salomón Jara, exixiría ademais unha proba de idade para comprar a 'comida lixo' e prohibiría a súa venda dentro das escolas. Jara, do Estado sureño de Oaxaca, cre que López Obrador está preocupado polo impacto dos impostos máis altos nos pobres, mais insiste en que as empresas deben ofrecer alternativas máis saudábeis. "O noso obxectivo non é aumentar o imposto só por subilo. O noso obxectivo é que a industria cambie o contido nutricional da comida chatarra", subliñou. Morena e os aliados de López Obrador teñen maioría nas dúas cámaras do Congreso mexicano. |
PRAZA_10193 | Trátase das titulacións en Educación Infantil e Educación Primaria, que se imparten en Ourense, e Comunicación Audiovisual, que se imparte en Pontevedra. A proposta debe ser aprobada pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística. | O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou este mércores a posta en marcha no vindeiro curso de tres itinerarios co 80% dos créditos en galego nos graos en Educación Infantil e Educación Primaria, que se imparten en Ourense, e no Grao en Comunicación Audiovisual, que se imparte en Pontevedra. Así, estas tres carreiras impartiranse maioritariamente en galego, se así o aproba a Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, que se reúne este mes.O 51% do profesorado e o 47% do alumnado considera "insuficiente" o actual uso do galego na docenciaO reitor da UVigo, Antonio Reigosa, explicou que con esta iniciativa se pretende que a Xunta invista a partida contemplada no Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020 destinada á promoción de titulacións en galego. "O noso acordo é que unha parte a pagará a Xunta e outra será con cargo aos nosos orzamentos", dixo o reitor, que cualificou de "moi boa nova" a proposta.Un Estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na Universidade de Vigo, publicado o pasado ano, sinalaba que o 95% do estudantado manifestaba non ter dificultades para ler e entender oralmente o galego, unha porcentaxe que descendía á hora de escribilo ou de falalo, cun 10% de persoas que dicían ter "moitas dificultades" para expresarse nesta lingua. O mesmo estudo amosaba que o 23,8% dos profesores e profesoras dicían usar "sempre" o galego nas clases e outro 16% afirmaba empregalo "maioritariamente".Aquel traballo tamén indicaba que o 51% dos e das docentes consideraba "insuficiente" o uso do galego na universidade. Ademais, unha ampla maioría (83%) considerábase capacitada para impartir as clases en galego, mais só o 46% declarábase disposto a facelo, mentres que un 20% se declaraba totalmente contrario. De igual xeito, o 47% dos e das estudantes cría que o galego debía usarse máis nas clases.Un 21% de uso do galego na USCNa USC o 21% das aulas impártense en galego e catro graos superan o 80%A Universidade de Santiago publica anualmente datos de uso do galego nas súas aulas. No curso 2018-19 a porcentaxe media de uso nos graos sitúase no 21%, fronte a un 75% do castelán e un 2% do inglés, un dato que nos experimentou grandes cambios nos últimos anos, pero que é claramente inferior ao que se daba entre os anos 2009 e 2013.Como curiosidade, na USC tan só catro graos superan ese 80% de aulas en galego que a Universidade de Vigo propón para tres titulacións. Trátase de Lingua e Literatura galegas, Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Educación Social. Outras nove carreiras (Paisaxe, Filosofía, Xeografía, Pedagoxía e cinco graos de Mestre de Educación Infantil e Primaria) superan o 50%. |
NOS_39094 | Os nomes coinciden coas propostas das provinciais, nas que o PSdeG fará cambios para incluír a fichaxes como Noelia Otero e Manuel Marey. | Pablo Arangüena, Patricia Otero e Marina Otero son os nomes elixidos para encabezar as candidaturas do PSdeG ás eleccións galegas do 5 de abril xunto ao candidato á Xunta Gonzalo Caballero, que será o 'número un' por Pontevedra. Segundo confirmaron a Europa Press fontes do PSdeG, estes serán as e os tres socialistas que proporá a dirección galega para encabezar as listas pola Coruña, Lugo e Ourense, respectivamente. As candidaturas, que serán aprobadas polo comité nacional, serán definitivas esta sexta feira despois do visto e prace de Ferraz. Os socialistas que encabezarán as listas coinciden cos propostos polas catro direccións provinciais do PSOE. Con todo, prevese que a dirección galega inclúa cambios nalgunhas das suxestións recibidas polas provincias, que non son vinculantes. Así, a dirección galega incluirá na lista por Pontevedra á xornalista viguesa Noelia Otero, que o PSdeG fichou a finais do pasado ano para coordinar o Laboratorio de Ideas do partido e ao catedrático de Enxeñaría Vexetal Manuel Marey por Lugo. Por esta provincia, a única na que a dirección provincial non inclúe os nomes ordenados xa de forma numérica para ocupar os postos, a dirección galega confirmou que incluirá na lista en postos de saída ao catedrático de Enxeñaría Vexetal Manuel Marey. |
NOS_10775 | Inzan nas redes sociais vídeos e imaxes de persoas civís sufrindo humillacións en público. | Nas últimas datas centos de persoas denunciaron a través das redes sociais a vulneración dos dereitos fundamentais que se está a producir en diferentes cidades de Ucraína como a propia capital, Kíiv. Os sectores máis radicais da resistencia ucraína e persoas pertencentes a colectivos neonazis, de forma recorrente, ispen, pintan e atan persoas a árbores ou sinais de tráfico para nalgúns casos mesmo chegar a azoutalas en público. Mais, cal é a causa destas accións que buscan un 'escarmento' público? Varios xornalistas afirman que podería tratarse de civís que toman a xustiza pola man e castigan "merodeadores e delincuentes", mesmo de nacionalidade ucraína. 🇺🇦 Ukrainian ultra-nationalists (Nazis) disciplining Ukrainian civilian 'dissenters.' Tied to trees and lampposts, partially stripped (buttocks and genitals exposed), sexually humiliated (some raped with objects), and beaten.🪖 #UkraineRussianWar #HumanRightsViolations pic.twitter.com/08bbaWcR2o— Jason Michael (@Jeggit) March 21, 2022 Outras fontes, en cambio, apuntan a que se trataría de castigos infrinxidos aos rusos e os civís 'disidentes'. De feito, a ONG Human Rights Watch apercibiu o Goberno ucraíno por permitir a difusión de vídeos de soldados rusos capturados e humillados, xa que iso "viola os acordos da Convención de Xenebra". Porén, nas últimas horas diferentes fontes sinalaron que a aparición de mulleres atadas e coa cara pintada de verde sería unha represalia ás persoas xitanas. Nein, das sind keine Plünderer, hier können Sie in der ukrainischen Originalquelle nachlesen um was es geht. Einige Leute meinten noch es sind Roma Mädchen und keine Ukrainer... angeblich wären Sie im Bus gewesen um zu klauen... https://t.co/E40DLnRzS0 pic.twitter.com/MuXzvXJFG8— Friedemann Wo (@FriedemannWo) March 22, 2022 O historiador Lucio Martínez Pereda ratifica esta teoría, que apón ao auxe do nazismo en Ucraína, a través do seu perfil en Twitter: "Os casos de mulleres xitanas, marcadas de verde, castigadas co método represivo do 'taboleiro público da denuncia', están a ser abondosas: prodúcense coa asistencia de policías e militares, tal e como proban as imaxes". Neste senso, incide en que este castigo, "ao fío do que facían os fascismos", busca "producir unha penalidade directa, mais tamén provocar humillación psicolóxica en espazos públicos para que a marca desta humillación faga parte da visión que a comunidade vai ter da muller castigada". Los casos de mujeres gitanas, marcadas de verde, castigadas con el método represivo del " tablón público de la denuncia" están siendo abundantes: se producen con la asistencia de policías y militares, tal y como se comprueba en las imágenes pic.twitter.com/CKIbSdO4Ll— Lucio Martínez Pereda (@anluma99) March 23, 2022 Lembra, aliás, que o ditador Francisco Franco ordenaba "raparlles o pelo e facelas pasear pola rúa maior mentres unha banda de música tocaba himnos patrióticos para atraer o xentío". |
NOS_13506 | A Academia de cinema española escolle La trinchera infinita para representar o Estado español na 93 edición destes premios, que se entregarán en abril próximo. | 'O que arde' fica ás portas de ir aos Oscar. A terceira longametraxe de Oliver Laxe, que desde a súa estrea a finais de 2019 non parou de sumar recoñecementos de público e crítica, non foi a escollida finalmente pola Academia do Cinema española, que optou por La frontera infinita, de Jon Garaño, Aitor Arregi, José Mari Goenaga. A Academia de Cine vén de comunicar que o filme vasco vai ser quen represente o Estado español na 93 gala dos Oscar, que decorrerá en abril de 2021. 'O que arde' estaba canda 'El hoyo', de Galder Gaztelu-Urrutia, e 'La trinchera infinita', de Goenaga, Garaño e Agirre; na terna de preseleccionadas e hoxe deuse a coñecer a gañadora. La trinchera infinita narra a historia de Higinio e Rosa, que levan poucos meses casados cando estoupa a Guerra Civil, e a vida del pasa a estar seriamente ameazada. Con axuda da súa muller, decidirá utilizar un buraco cavado na súa propia casa como agocho provisional. O medo ás posibles represalias, así como o amor que senten o un polo outro, condenaralles a un peche que se prolongará durante máis de 30 anos. O que arde 'O que arde' rexistrouse nos Ancares. Elexía e homenaxe ao mundo rural, relata en 85 minutos a historia de Amador Coro e a súa nai. Coro acaba de saír de prisión despois de ser condenado por provocar un incendio. As relacións humanas e o paseniño ritmo cotián da montaña, a cultura campesiña que se esvae e os desaxustes producidos polas mudanzas, valéronlle á peza de Laxe un bo feixe de premios e galardóns nestes meses. Nunha entrevista en Nós Diario, Oliver Laxe manifestaba: "Son galego, non estou separado da natureza. Non estou nunha dialéctica coa ela. Fixen este filme de maneira natural. Non foi "quero facer un filme no que a natureza sexa importante". Estou disolto nela. Sempre fago filmes no rural. E sempre que podo vivo no rural, na natureza. E iso nótase. De feito, estou habitado por esa natureza, por aquel val. Desde pequeno, é un espazo que me habita, tenme secuestrado. Son unha expresión máis dese val, unha ferramenta del. Unha raíz invertida. Hai raíces que van cara á terra e hai raíces que son os seres humanos, unha extensión máis". |
NOS_21520 | A subida ao Ézaro determinou a mudanza na camisola amarela. A proba estivo dominada polos equipos Movistar e Israel Premier Tech. | Cambio de líder onte na segunda etapa da Volta á Galiza de ciclismo 'O Gran Camiño'. Se na quinta feira era Magnus Cort Nielsen (EF Education- Easypost) quen remataba primeiro en Vigo, desta vez foi Michael Woods (Israel Premier Tech) o que superou ao resto de corredores. O canadense impúxose con autoridade na meta do Ézaro (Dumbría) após a gran subida ao miradoiro. Por tras del chegaba Alejandro Valverde (Movistar). Todo isto tras un itinerario de case 178 quilómetros por 16 concellos desde a súa saída a primeira hora en Bertamiráns (Ames). Outro intento de fuga neutralizado Case todo o protagonismo da xornada acaparouno esta ascensión final, mais a carreira tivo o seu momento animado cando un grupo de sete ciclistas realizaron a fuga do día en busca dos puntos das clasificacións secundarias. Antonio Angulo (Euskaltel) dominou nos esprintes intermedios de Santa Comba, Carballo e Cee; mentres que Jon Barrenetxea (Caixa Rural) cruzaba na cabeza o primeiro alto de montaña. Xunto a eles rodaron na cabeza Óscar Cabedo (Burgos- BH), Giovanni Visconti (Bardiani), Stephen Bassett (Human Powered), Guillermo Garcia Janeiro (Radio Popular) e Joni Brandão (W52-Porto). O control do resto do pelotón, dominado polos equipos de Movistar e Israel, non deixou que a fuxida superara os dous minutos. Cara o final, a 20 quilómetros de meta, García Janeiro tiña unha avaría mecánica e Brándão cedía pouco despois do paso polo en Muxía. Malia o ataque de Barrenetxea e Bassett, Movistar non quixo sorpresas e preparou a ascensión final. O líder, Cort Nielsen, non aturou o ritmo e perdía a camisola amarela. Entrou en xogo o equipo Cofidis e Rubén Fernández mais Michael Woods gañaba cada vez máis metros no quilómetro final. Valverde tentou collelo mais non foi quen de conseguilo e chegou segundo. Terceiro entrou Rubén Fernández seguido de Delio Fernández. 'O Gran Camiño' terá este sábado outra etapa de excepción, con máis de 148 quilómetros entre Maceda e Luíntra, cos canóns da Ribeira Sacra e o Miño como testemuñas. Nesta xornada será clave a actuación dos escaladores ao ser a previa á crono da etapa final. |
NOS_47594 | Impúxose con contundencia en Vilaxoán, onde se desputou a regata da LGT-A, Na Liga ACT, Cabo finalizou quinta e Tirán sexta na bandeira Petronor, que ganou San Juan. | Samertolameu de Meira fíxose coa primeira bandeira da tempada da Liga Galega de Traiñeiras ao se impor na regata de Vilaxoán. Os de Meira, descendidos da ACT, dominaron a proba desde o comezo e non deron oportunidade a ningunha das outras 11 tripulacións que competían na proba. Os de Samertolameu fixeron un tempo de 19´05'. De segunda entrou a traiñeira da Pobra e de terceira, Coruxo. A clasificación completouse con Castropol, Ares, Bueu, Chapela, Mecos, Amegrove, os anfitrións de Vilaxoán e Perillo. Non houbo competición da categoría B, que inaugurará tempada o vindeiro sábado coa bandeira Escurís Batalla. Na Liga ACT ou San Miguel (12 traiñeiras: 2 galegas, 1 cántabra e 9 vascas) a regata de Astillero o sáabdo seguiu na liña marcada pola inaugural de Sevilla e na tempada anterior: vitoria de Hondarribia (un tempo de 19´12´´). Impúxose ás competidoras directas, Urdaibai, Kaiku e Orio. As 'fab four' volverán dominar a tempada, presúmese. Mais ás portas dese selecto club de catro traiñeiras púxose na regata en augas cántabras Cabo de Cruz, que finalizou quinta (19´32´´). Tirán acabou novena. O domingo, na Bandeira Petronor, Cabo volveu finalizar quinta e Tirán logrou ser sexta. Venceu San Juan. Na clasificación xeral os de Cabo están sextos e os de Tirán, novenos. Na clasificatoria ao mellor patrón os dous galegos figuran entre os cinco primeiros: o de Cabo de Cruz, Alfonso Díaz; e o de Tirán, David Álvarez. Todo un recoñecemento ao traballo destes patróns. |
NOS_8924 | A Asociación de Empresas Construtoras e Concesionarias de Infraestruturas (Seopan) pon de novo sobre a mesa a proposta de instaurar peaxes nas autovías, pero desta vez multiplica por tres o custe do quilómetro. | Galiza conta entre as súas peculiaridades cunha rede de infraestruturas que non destaca precisamente pola súa eficiencia, a lo menos no económico. Cada ano, as galegas pagan millóns de euros en peaxes para se moveren polo territorio. Especialmente grave é o caso da Autoestrada do Atlántico, a AP-9, pola que Audasa obtén beneficios millonarios ano tras ano. O Goberno comprometeuse co BNG a transferir este mesmo ano a titularidade da infraestrutura para, así, poder aplicar tamén rebaixas nas peaxes, que foron as que más incrementaron as súas tarifas co cambio de ano. Pero todos estes plans poden servir de pouco se as construtoras logran sacar adiante a súa proposta, que pasa polo cobro dunha peaxe por circular polos 14.130 quilómetros da rede de autovías do Estado español, cun prezo medio de 0,09 euros por quilómetro para os turismos, e 0,19 euros para camións. Segundo as contas da Asociación de Empresas Construtoras e Concesionarias de Infraestruturas (Seopan), na que se integra Itínere, a matriz de Audasa, esta medida permitiría recadar 4.827 millóns de euros anuais por tráfico e 4.698 millóns adicionais en impostos, ademais de aforrar os 825 millóns de euros de fondos públicos que anualmente destina o Goberno español a manter as estradas. A proposta presentada onte por Seopan multiplica por tres a contía a cobrar que propuxeran o pasado ano (0,03 euros por quilómetro para turismos e 0,14 para camións) con fin de manter as vías e construír infraestruturas verdes. Non se trata, pois, da primeira vez que as construtoras piden cobrar por circular polas autoestradas, unha cuestión sobre a que o Goberno de Pedro Sánchez ten pensado abrir o debate na procura dun consenso político e social para garantir a sustentabilidade futura destas infraestruturas. Impacto na Galiza De levarse a cabo a medida que promove Seopan, as galegas estarían entre as más afectadas. Autovías como a A-6 entre Arteixo e Madrid, a A-8 entre Vilalba e Euskadi, ou a A-52 entre Vigo e Benavente son na actualidade vías libres de peaxe que facilitan a mobilidade das cidadás e cidadáns fóra das nosas fronteiras. Coa proposta da patronal, percorrer os 164,5 quilómetros da A-6 que atravesan o territorio galego tería un custo de 14,8 euros para os turismos e 31,25 euros no caso dos camións, unha medida que afectaría de cheo á competitividade de moitas empresas da Galiza. O mesmo acontece na A-8, onde o custo de percorrer os 87 quilómetros desde Vilalba a Ribadeo suporían un desembolso de 7,83 euros (16,53 euros no caso dos vehículos pesados), ou na A-52, na que habería que pagar 16,93 euros para chegar a terras zamoranas desde Vigo e 35,72 euros para os camións. Outras vías de titularidade do Estado español na Galiza son a A-54 entre Santiago e Lugo, pola que habería que pagar unha vez rematada, e sempre que prosperase a proposta de Seopan, 8,37 euros por turismo; a A-56 entre Ourense e Lugo, de 70,38 quilómetros de lonxitude que se traducirían en 6,33 euros de peaxes, e a A-55 entre Vigo e a fronteira portuguesa, na que as usuarias deberían aboar 2,7 euros en peaxes por percorrer os seus 30 quilómetros de trazado. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
PRAZA_9142 | Se alguén ausente da actualidade sintonizase co discurso de Feijóo na sesión inaugural da convención do PP podería pensar, agás por algúns detalles, que os inéditos sucesos de finais de maio de 2018 non aconteceran | Este ano cumpriranse tres décadas dos momentos en que está ambientado o inicio da historia relatada en Good Bye, Lenin!, aquel filme de 2003 no que Wolfgang Becker presentaba un mozo residente na RDA a tentar que a súa nai, acabada de espertar dun coma de oito meses, non se decatase de que caera o Muro de Berlín e que á propia Unión Soviética lle estaba a suceder o mesmo. Para facelo, o fillo interpretado por Daniel Brühl artellaba toda caste de simulacións, dende pedir á veciñanza que finxise que nada mudara ata producir falsos telexornais con novas encadradas nunha realidade que xa non era tal.Se alguén ausente da actualidade sintonizase co discurso de Feijóo na sesión inaugural da convención do PP podería pensar, agás por algúns detalles, que os inéditos sucesos de finais de maio de 2018 non aconteceranCase oito meses, como os do coma da nai de Good Bye, Lenin!, son os que transcorreron dende que a vaga expansiva da sentenza do caso Gürtel levou por diante o Goberno de Mariano Rajoy a través dunha moción de censura do PSOE de tan improbable triunfo que nin sequera o propio Rajoy semellou velo vir ata que xa era inevitable que lle pasase por riba. Un espírito semellante á do personaxe do fillo do filme semellou destilalo o discurso co que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou a convención que o PP celebra esta fin de semana en Madrid, o evento que os conservadores presentaron con linguaxe semi-bélica. Seica procuran o "rearmamento" ideolóxico.Se alguén ausente da actualidade sintonizase co discurso de Feijóo na sesión inaugural do conclave ben podería pensar, agás por algúns detalles, que os inéditos sucesos de finais de maio de 2018 non aconteceran. Nin Pedro Sánchez na Moncloa nin Rajoy fóra dela; nin o PP na oposición en España e no Goberno de Andalucía, pero tras un duro devalo nas urnas e cun novo partido de extrema dereita á alza que ameaza os seus caladoiros electorais.No discurso inaugural Feijóo tocou algúns dos grandes éxitos da casa. Como informou Íñigo Aduriz para eldiario.es, o presidente galego cargou contra a "dureza intransixente" e fixo gala de "moderación" , de "sentido común" e mais de "cercanía". Virtudes todas elas que atribuíu a Rajoy, gobernante de maiorías "nítidas" e "xestión incuestionable". Entre rexeitamentos aos que "nos queren facer renunciar a unha parte de España" e rexeitar "leccións" doutros partidos sobre o tema, apenas un par de mencións a que Rajoy "marchou con elegancia" e ao "futuro" do partido con Pablo Casado á fronte permiten distinguir o discurso do que podería ter pronunciado antes do tremor de terra político de hai oito meses.Rajoy explicou que está "estupendamente" e deixou, querendo ou non, unha imaxe calma e retranqueira que é, en canto a actitude, un antónimo do vociferante CasadoTras o presidente da Xunta foi a quenda de Mariano Rajoy, cuxa presenza na convención tivo a forma de diálogo con Ana Pastor, que politicamente falando é, posiblemente, o máis parecido a un diálogo do ex-presidente do Goberno de España consigo mesmo. Relaxado e retranqueiro, Rajoy comentou as bondades de "estar na realidade" e sen "sectarismo" e sen facer caso aos "doutrinarios", que non son "bos". El agora, explicou, está "estupendamente". A xente trátao "ben" e "a aqueles que non lles gusto, que son moitos, pois teñen o bo gusto de non contarmo". Querendo ou non, deixou na convención popular a imaxe de señor de Pontevedra que tanto cultivou e que, entre lembranzas sobre a necesidade de "traballar moitísimo" e algunha que outra chanza, é en canto a actitude un antónimo do vociferante Casado cando mimetiza o argumentario da escisión polo extremo dereito.Pero, como no filme, os tempos son outros. Máis adaptada aos novos temas de moda no seo do PP estivo a intervención do presidente Feijóo noutro dos faladoiros da convención, o que xuntou a líderes autonómicos do partido coa vista posta nas eleccións de maio, que tamén son autonómicas en 13 comunidades. Alí Rajoy xa marchara e nese foro retrucou a aqueles "compañeiros de Ciudadanos e de Vox" que o caricaturizan como "nacionalista" (galego) por falar galego en público ou dicir que está a prol do vixente modelo autonómico. Máis adaptada ao novo tempo do PP estivo a segunda intervención de Feijóo, na que clamou que "a maioría dos galegos do PP son españois"; antes, un dos relatores convidados polo partido dera en pedir o voto para Vox tras atacar ao Goberno de RajoyXa o facían con Fraga dende algúns foros -lembrou- e agora con el. "Non me molesta que digan que son nacionalista", pero si que llo digan á "maioría absoluta dos galegos que nos votaron". Porque "a maioría dos galegos do Partido Popular son españois aínda que lles moleste a algúns" e "esta é a nosa bandeira", dixo sinalando unha bandeira española que se proxectaba nunha gran pantalla. Apenas media hora antes destas verbas de Feijóo a convención acollera un coloquio sobre "a unidade de España e o futuro de Cataluña" ao que os de Casado convidaron a, entre outros, un membro do que segundo o programa oficial do evento é "a plataforma cívica Tabarnia", un colectivo nacionalista español que simula impulsar unha comunidade autónoma con áreas de Catalunya nas que o apoio ao independentismo non é masivo. O representante dese grupo deu en pedir o voto para Vox tras atacar ao anterior Goberno de España. Do Good Bye, Rajoy non quedaban nin os títulos de crédito. Polo si ou polo non, no programa oficial do evento xa destacaban que as opinións lanzadas polos relatores da convención non tiñan por que ser "asumidas como propias" polo PP.Por se alguén albergaba algunha dúbida de que os tempos do marianismo pasaran, chegou José María AznarPor se alguén albergaba algunha dúbida de que os tempos do marianismo que aínda evocaron os discursos de Feijóo e do propio Rajoy na primeira xornada xa pasaran a historia, na xornada do sábado chegou o personaxe cuxa sombra paira sobre o PP dende que Casado ascendeu ao liderado: José María Aznar. Unha vez enterrado os tempo de Rajoy e en pleno proceso de depuración dos seus partidarios -coa excepción do andaluz Moreno Bonilla por razóns obvias-, o pai político do Plan Galicia, que levaba anos a arrenegar do partido que lle legou Fraga amosouse exultante. O seu disque herdeiro partidario e ideolóxico, Casado, "é un líder coma un castelo" e agora hai que votar ao PP, proclamou tras moito tempo sen facelo. O unxido vaino ter "difícil", pero vai operar "sen tutelas nin tutías", chanceou parafraseando a Fraga en 1989, cando lle cedeu o liderado. Gonzalo Caballero dá por feito que a actuación de Feijóo na convención implica a súa "entrega política" a posibles pactos coa extrema dereita, dos que os candidatos locais do PPdeG non reneganMentres Aznar non aforraba xestualidade para bendicir politicamente a Casado, dende Galicia o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, daba por feito que a actuación de Feijóo nese foro implica a súa "entrega política aos pactos con Vox". Despois de que varios dos candidatos urbanos do PPdeG manifestasen abertamente que pactarían coa devandita formación de extrema dereita se lles cumprise para gobernar, Caballero lamenta que os populares galegos abandonen "o centro político e o galeguismo" para ir cara a un escenario "perigoso". "Ata Mariano Rajoy tivo que ir advertir de que non se pode caer no sectarismo". Rajoy, a esa hora, xa era ninguneado por Aznar entre aplausos. |
NOS_47115 | Tres homes e dúas mulleres. Cinco dos últimos fieis que lle quedaban a Xosé Temblás naquela loita á que o PCE e Moscova xa lle puxeran fin. | Tres homes e dúas mulleres. Cinco dos últimos fieis que lle quedaban a Xosé Temblás naquela loita á que o PCE e Moscova xa lle puxeran fin. Porén o seu futuro estaba escrito, e non conforme as directrices marcadas polo Kremlin, desde que o 2 de Outubro de 1947 as forzas da Garda Civil e da Brigadilla deran caza nos montes de Leborín en Miñotos , a Xosé Porto Lestegás "Herbellas" e Benedicto Escourido Cobo"O Lúa". "O Herbellas" pasou a noite gastando a munición que lle quedaba, fronte as forzas represivas mais reservou unha bala coa que quitarse a vida Xosé Porto e Benedicto Escourido Cobo, feridos por disparos dunha metralladora, permaneceron varias horas agochados no monte até que a "Brigadilla" despregou cans para ver de localizalos e alumeou a zona cos faros do coche de liña de Galera. Separados por uns 100 metros Porto e Escourido enfrontaron de diferente xeito o seu final. O "Herbellas",veciño de Ourol, panadeiro na localidade de Viveiro, tratante de gando e que subira ao monte tras pasar polo cuartel da cidade do Landro, pasou a noite gastando a munición que lle quedaba fronte as forzas represivas, comendo diversos documentos con información da partida se ben reservou unha ultima bala coa que quitarse a vida após lanzar unha granada. O "Lúa", carpinteiro de profesión e baixista da orquestra de Miñotos, foi detido ao pouco do suicidio do "Hervellas"e atado a unha escaleira para desprazalo, obrigárono mediante tortura a que descubrira a cova que había na estrada entre Silán (Ourol)e o Viveiró(Muras) e que actuaba como deposito de armas dos fuxidos. Non atoparon na mesma armamento pero si información e varias fotos, entre elas as de Celia González "Celia da Ferrería" e da súa propia nai Xosefa Escourido "Xosefa da Lúa". Benedicto Escourido, xa moi mal ferido, foi asasinado con dous tiros no Salón do Carme de Abaixo (Ourol) onde a Garda Civil parara a xantar. Tiña 20 anos e só levaba un no monte. Xosefa da Lúa e Celia da Ferrería colaboraban coa guerrilla desde anos atrás mais a morte do Herbellas e Benedicto Escourido precipitou a súa subida ao monte A morte destes, precipitou a subida ao monte de Xosefa Escourido Cobo "Xosefa da Lúa" e Celia González Pernas "Celia da Ferrería" que xa viñan colaborando coa guerrilla desde anos atrás. "Xosefa da Lúa", natural de Atián de Abaixo en Miñotos Ourol, nacida en 1918 traballaba como xornaleira e compartía facer na casa cos seus irmáns, un deles remataría na Garda Civil, e o coidado do seu fillo natural así como dun outro irmán que padecía unha discapacidade psíquica. Tras o asasinato do seu fillo a Garda Civil presentouse na súa casa co fin de trasladala ao cuartel da "Brigadilla" en Viveiro para que declarala mentres agardaban porque se cambiara de roupa fuxiu. O 21 Xuño de 1948 morrería calcinada en Forcón- Pena Grande de Silán após ser rodeada a cabana onde se refuxiaba polas forzas da represión. Aquel día a "Brigadilla" utilizara granadas incendiarias e gasolina para facerlles saír do seu refuxio. Celia González Pernas "Celia da Ferrería" foi asasinada con 31 anos aquel mesmo 21 de Xuño de 1948. Situada fora da cabana cando se iniciou o cerco, caeu morta no primeiro intercambio de disparos. Non levaba nin un ano no monte e estaba embarazada de oito meses, ao dicir dos veciños, do que era o seu compañeiro e mozo de vello, Xosé Temblas. Canda elas perderon a vida Xoán Gallego Abeledo "O Comandante", Xoán Pérez do Pico "Xoán Xenaro" e Xosé Pedreira de la Iglesia "O Queimarán", antigo dirixente do sindicato de panadeiros da CNT da Coruña que morrería tamén calcinado como "A Lúa" |
NOS_32860 | Bea Camiña é unha das responsábeis da proposta escénica "Elas son artistas" que desde 2018 dá a coñecer o traballo de mulleres creadoras nun amplo espazo xeográfico da área metropolitana da Coruña. A paixón pola música determinou a súa profesión coa creación dunha axencia de comunicación e produción que xestiona eventos dentro e fóra da Galiza. | Como entra a traballar profesionalmente no mundo da música, cal foi o seu camiño persoal? Eu comecei hai algo máis de dez anos escribindo nunha páxina web que se centraba, daquela, en sacar artigos variados sobre novidades musicais, entrevistas, reseñas, crónicas de concertos... e como consecuencia desta actividade, terminei facendo produción de eventos e espectáculos na Coruña porque de sempre me gustou saber o que hai detrás de cada proxecto, neste caso eran concertos, xiras, festivais... Despois completei a miña formación con varios cursos de comunicación e a día de hoxe, dedícome á xestión, comunicación e produción cultural en varios festivais e proxectos tanto en aquí como fóra da Galiza desde a miña axencia Produtriz. Como nace o festival "Elas son artistas" e cales foron os obxectivos que levaron á súa creación como o coñecemos? O proxecto do Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, "Elas Son Artistas" xorde no ano 2017 grazas a un Premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña. Os obxectivos principais desde esa primeira edición foron poñer en valor o talento feminino en todas as artes, ofrecer referentes a nenas e mozas que teñan inquedanzas nas artes, fomentar a participación do público interesado na cultura e rachar coas barreiras administrativas. A día de hoxe, cunha cuarta edición en curso, este proxecto reconvertido en ciclo, chega a oito concellos da área metropolitana. Estase normalizando o papel da muller no eido musical? Refírome non só ás artistas, tamén a todas as que están detrás dos espectáculos. Sobre a normalización do papel na muller, musicalmente hai un gran avance respecto a 20 ou 30 anos atrás. Hai un torrente creativo e de calidade excepcional, e estase achandando o camiño e non só enriba dos escenarios, senón tamén detrás. "Elas Son Artistas" visibiliza e dinamiza proxectos que contribúen a romper cos estereotipos e as desigualdades de xénero, xa que por iso, tamén no marco do festival, contamos cunhas conferencias profesionais celebradas no Pazo de Mariñán impartidas polo consello comarcal da Coruña coa asistencia de técnicas e técnicos municipais de cultura e igualdade, xestoras e xestores culturais e artistas para elaborar un manual sobre "Boas prácticas cara a igualdade no sector Cultural". En xeral, valórase o traballo que hai atrás dos escenarios? Por suposto! Valórase tanto internamente como externamente, e aquí inclúo ao público, axencias de contratación, institucións, artistas... Teño a sorte de traballar en varios proxectos e con equipos moi diferentes, e na gran maioría somos mulleres as que nos ocupamos de aspectos como coordinación, produción, patrocinios... Pensa que unha vez pasada a pandemia os concertos e as actuacións musicais, nos seus múltiples formatos, serán como os coñecíamos ou mudarán como consecuencia da experiencia que estamos a vivir? A verdade? Penso que certo tipo de eventos, en concreto os masificados, tardarán moito en regresar. Agora mesmo a oferta cultural é bastante alta, o público continúa demandando máis música e máis concertos, a pesar de que algúns deles son complexos de gozar desde unha cadeira ou unha butaca. Somos un sector exemplar e desde o ano pasado implantamos medidas e protocolos de seguridade sanitarios como a toma de temperatura, os dispensadores de xel, a distancia..., demais de adaptar festivais como ciclo de concertos, por exemplo, que será o que teñamos tamén ao longo deste verán. |
NOS_32527 | A xuíza explicou que "evidentemente é unha proba de parte" con "interese lexítimo", pero non se pronunciou sobre a forza do seu valor probatorio. | A xuíza Elena Fernández Currás admitiu introducir no procedemento como "proba de parte", aínda que "sen prexuízo do seu valor probatorio", o último vídeo presentado polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), unha montaxe audiovisual que pretende atribuír varios erros ao maquinista, Francisco José Garzón, que provocaron o accidente do tren Alvia en Angrois o 24 de xullo de 2013. As vítimas do Alvia, convencidas no inicio do xuízo de que "haberá sentenza pero non xustiza" A maxistrada explicou que "evidentemente é unha proba de parte" con "interese lexítimo", pero non se pronunciou sobre a forza do seu valor probatorio. Porén, Fernández Currás coincidiu nalgunhas das dúbidas mostradas polas partes. "É alguén conducindo un tren por ese traxecto, non se sabe nin que día, nin cando, nin que velocidade, nin quen o gravou", sinalou, antes de apuntar que a velocidade que toma o convoi da montaxe "non é de 200 (quilómetros) por hora". "Adif ten que saír condenada para non ceder máis ás presións políticas" "Desde logo, cabe pensar todo o que se queira con respecto dun vídeo que se achega no ano 2022", dixo ao responder as impugnacións de varias das acusacións, entre elas a do avogado da Plataforma de Vítimas do Alvia 01455, Manuel Alonso Ferrezuelo. Impugnación do vídeo Os avogados das vítimas do sinistro ferroviario solicitaran a impugnación do vídeo como proba ao entender que "está gravado co claro ánimo de exculpar" o director de Seguridade de Adif no momento do accidente, Andrés Cortabitarte, e "estabelecer a única responsabilidade do maquinista". Ábalos defende un posto de libre designación para o cargo de Adif que irá a xuízo Para o letrado da plataforma de vítimas, o vídeo "non cumpre cos requisitos" pola Lei de axuizamento civil para ser unha proba legal. "Descoñecemos por que persoas foron editados", lamentou Ferrezuelo, que reivindicou o "dereito" das partes implicadas no xuízo a "tomarlles declaración". Pola súa parte, o avogado do Estado Javier Suárez, encargado de representar Adif na causa xudicial, defendeu o valor do vídeo como mero "documento gráfico explicativo", e non como "reprodución" do que ocorreu na tarde do 24 de xullo de 2013. Adif rectifica o "erro" de pedir cárcere para o maquinista de Angrois "O único que quixemos foi plasmar en imaxes datos que xa constan na causa mediante fotografías e mediante proba documental do que o maquinista puido ver o día dos feitos", alegou. |
NOS_42944 | Ao tempo que se suprime o illamento para menores de 12 anos en adiante que sexan contacto estreito dun positivo, a Comisión de Saúde Pública acorda que cando se confirmen até cinco persoas contaxiadas polo virus nunha aula esta terá que ser fechada temporalmente. | A Comisión de Saúde Pública, da que forman parte o Ministerio de Sanidade e representantes dos diferentes territorios do Estado español, vén de acordar que as aulas farán corentenas sempre e cando teñan 5 persoas contaxiadas da Covid-19 ou máis do 20% das persoas que forman parte das mesmas. Ao estipular que non haberá illamento cando haxa até 4 positivos por coronavirus -ou menos dese 20%- o que se pretende, segundo aseguraron as autoridades sanitarias é "garantir a presencialidade nas aulas". Así, a medida de fechar cada clase levaríase a cabo cando haxa 5 casos ou máis coa infección activa nun período igual ou inferior a 7 días.Fontes do Ministerio de Sanidade aclararon que a Comisión aprobou unha Adaptación das Medidas de Prevención fronte á Covid-19 en centros educativos e da Guía de Actuación ante a Aparición de Casos en centros educativos."Os cambios marcados van dirixidos a garantir e fomentar o máximo posíbel" que haxa asistencia en todos os niveis educativos. Neste sentido, afirmaron que se vai reforzar e pór especial control no cumprimento de todas as medidas de prevención para reducir o risco de contaxios. Consideran que a modificación acordada responde perfectamente á situación actual da pandemia (malia vivir a sexta onda e un incremento elevado de novos casos) e "reflicte tamén o importante avance da vacinación en todos os grupos de idade". Mesmo refírese aos centros escolares como "espazos seguros" tirando da hemeroteca desde que comezou a crise sanitaria en marzo de 2020. |
NOS_30648 | O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñones, explicou na sexta feira que o Executivo de Pedro Sánchez apoiará a "procura, identificación e dignificación de persoas desaparecidas" durante a represión na Galiza cunha primeira achega de 106.395,08 euros á Xunta para actuar sobre dúas fosas comúns en Cotobade e O Pino. | A través dun comunicado de prensa, a Delegación do Goberno español destacou que supón "a primeira vez" que un Executivo estatal "habilita axudas directas ás comunidades autónomas para as actividades de procura e identificación de persoas desaparecidas durante a guerra civil ou a represión política posterior". O Boletín Oficial do Estado formaliza esta sexta feira a transferencia á Administración galega, que, indica a Delegación, "deberá desenvolver estes traballos nos próximos meses". En concreto, actuarase sobre a fosa común do cemiterio de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade onde se estima a existencia de 11 vítimas, e na fosa situada no lugar de Amenal, no Pino, onde se sinalan tres vítimas. Para iso, a axuda contempla a creación dun grupo multidisciplinar coa participación de historiadores, forenses, arqueólogos e outros especialistas para executar estas tarefas e dignificar vítimas e lugares. Este financiamento foi acordado o pasado mes de marzo na primeira conferencia sectorial de Memoria Democrática, presidida pola vicepresidenta primeira do Goberno español, Carmen Calvo, lembra a Delegación. Nesta primeira conferencia sectorial presentáronse as liñas de traballo, en colaboración entre as distintas institucións, e as axudas directas que hoxe se formalizan no BOE, de acordo coas partidas consignadas nos Orzamentos Xerais do Estado para este ano. Plan A repartición destes 106.395,08 euros enmárcase dentro do 'Plan Cuatrienal', que, sinala a Delegación do Goberno español, "pretende dar resposta ás recomendacións dirixidas a España polos principais organismos internacionais de Dereitos Humanos, co fin de impulsar de forma decidida as políticas de Memoria Democrática, especialmente no relativo á procura, e identificación de persoas desaparecidas durante a Guerra Civil e a posterior Ditadura". O 'Plan Cuatrienal' compleméntase co 'Plan de Choque' que o Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática puxo en marcha durante o pasado ano para paliar a falta de recursos económicos para as políticas de memoria, debido á ausencia de subvencións gobernamentais desde 2013. No marco do 'Plan de Choque', o Goberno español aprobou subvencións directas para entidades sen ánimo de lucro e para actuacións municipais a través da Federación Española de Municipios e Provincias. Na Galiza, lembra a Delegación, concedéronse 8.000 euros para apoiar dous proxectos: un ciclo de conferencias sobre o artista Eugenio Granell e o exilio e un estudo sobre o campo de concentración de Camposancos na Guarda (Baixo Miño). |
NOS_57013 | A reforma do Código Penal aprobada polo Consello de Ministr@s a pasada sexta, introduce elementos novos no ordenamento xurídico español. Para alén da prisión permanente revisábel –que supón unha cadea perpetua encuberta--, o proxecto promovido polo Ministerio de Xustiza español pretende tipificar como delitos penais cuestións até o de agora consideradas como faltas. | Malia non coñecermos o contido da proposta –o ministro presentou informes perante o Consello, mais non un anteproxecto de lei--, o certo é que as declaracións de Alberto Ruíz Gallardón a pasada sexta, anuncian un endurecemento do Código Penal e a incorporación de novas disposicións que restrinxen os dereitos civís e fundamentais das persoas. En SermosGaliza quixemos botar a ollada á reforma anunciada polo goberno español e avaliarmos as principais implicacións da mesma desde distintas perspectivas. Criminalizar a mobilización social "Queren tratar a mobilización social coma un problema penal", asevera Héctor López, avogado da CIG Héctor López é avogado da CIG, con el abordamos a cuestión desde unha óptica sindical. A priori, recoñece que por mor de non coñecer o contido real das reformas previstas polo ministro de xustiza , todas as afirmacións que tiremos responderán á valoración das declaración feitas após o Consello de Ministros a pasada sexta. Porén, asegura que as cousas que alí se dixeron son "preocupantes". Non só a aparición da cadea perpetua a través da incorporación da prisión permanente revisábel, senón pola "desaparición das faltas, que poderían pasar a ser consideradas como delitos ou multas". Esta cuestión afecta directamente ás mobilizacións sociais e folgas pois "queren tipificar [coa reforma] condutas que promovan a violencia", afirma Héctor. Neste senso, calquera situación na que se puideran producir disturbios –nalgúns casos provocados polas propias forzas de seguridade— pode repercutir directamente sobre @s convocantes. "Queren tratar a mobilización social coma un problema penal", asevera Héctor, asemade considera incoherente que se criminalice a protesta e non os recortes ou a perda de dereitos por mor da crise. Sara Carou, xurista e directora de Lex Galaica, subliña que unha das principais modificacións que pretende incorporar a reforma é a da ampliación do delito de "desorde pública" mudando a até agora falta –infracción leve sen pena de cadea—polo "endurecemento da represión penal", asegura, e non dubida en aseverar que a reforma promovida por Gallardón "é claramente unha aposta pola represión do movemento social" cuxo obxectivo é parapetar as mobilizacións futuras empregando o endurecemento do código como elemento de disuasión. "É unha clara aposta pola represión do movemento social" afirma a xurista Sara Carou. Unha reforma "oportunista" López tilda, asemade, a reforma anunciada de "oportunista" e cre que responde máis a unha demanda social mediatizada que a unha verdadeira necesidade xurídica. Programas de televisión matinais cunha importante cota de pantalla inzaron o espazo mediático coa visceralidade de familias vítimas dalgún asasinato a menores. En pouco tempo, casos como os de Marta del Castillo ou as crianzas de Córdoba, espertaron demandas sociais que exixían a cadea perpetua –que agora recolle a reforma do goberno--. A prisión permanente preventiva dirixirase principalmente a casos coma os anteriores –asasinatos a menores—amáis do magnicidio –asasinato dunha persoa polo seu cargo ou poder—e do terrorismo. Porén,Carou, considera que as demandas sociais que exixían un endurecemento do dereito penal español contra determinados delitos, "constitúen a coartada perfecta para introducir outras modificacións" que non serían apoiadas socialmente. "De cara a galería aproveitouse a oportunidade", afirma. Como avogada e xurista, Sara recoñece que o código penal español é "indubidabelmente un dos máis duros da UE", mesmo antes de se aprobar a reforma, e emprega como comparativa o caso alemá, "a poboación penitenciaria [referíndose ao número de persoas reclusas] é moito maior que o de Alemaña malia posuír un número de habitantes menor". Carou lembra asemade, as reformas introducidas xa polo goberno socialista e asevera que "todos os gobernos adecúan os códigos penais ás súas necesidades", máis aínda nunha realidade social coma a actual. |
NOS_33804 | Tomamos o pulso da campaña electoral nalgunhas das tascas da 'vella escola', locais que, como subscribiría o cineasta Win Wernders, amosan que a política para moitos parroquianos fica "tan lonxe, tan perto". | "Non che van soltar chica" ("Non che van contar nada"). O cliente de taza na man e a pé de pipote na porta de 'A Fonda', unha das tascas de referencia do Calexón do Peso de Santiago, advirte ao xornalista do que se vai atopar dentro. Unha advertencia de quen avisa non é traidor a un xornalista que lle confesara que quería ver "como se ve nas tabernas a campaña electoral". As tascas de tazas de Compostela son un ecosistema perculiar, propio, e, tamén por desgracia, en extinción. Mais perviven e resisten mesmo no medio da cidade vella, ese espazo que vai camiño de se transformar nun decorado de 'cartón-pedra' ao servizo da turistificación. 'Calpe' e 'A Fonda', no Calexón do Peso, ou 'O'46', no Franco, son tres desas tascas. Parlamentos populares dos que falar de política, fútbol e ruxes-ruxes de sucesos locais a cargo dunha clientela que abala entre a xenialidade popular, o bichicoma e as sentenzas populares dignas do mellor filósofo. "É de mala educación" A xente non está por falar abertamente de política. . "É de mala educación". que di o Javier, do famoso barrio compostelán de San pedro. Menos disposto a falar está aínda se quen lle interpela leva unha libreta na man e un bolígrafo. Así que nada de preguntar, moito de conversar, e taza (que non gravadora nin caderno) na man. Aínda así, obter respostas require paciencia. "Fai falta un cambio", afirma Manolo, da rúa das Hortas; se ben recoñece, con pesar, que parte da parroquia nesas tascas non pensa do mesmo xeito: "son moitos os que defenden o PP faga o que faga" di. Non todos. José Antonio bota pestes do PP en todas as súas formas e, como el di, "en todas as reencarnacións". Xubilado do barrio de Pontepedriña, habitual do 'chiquiteo' , di estar ilusionado cos novos aires que traen a posibilidade dun cambio de goberno na cidade. "É posíbel", insiste. O seu compañeiro de tazas, José -de Castrón d'Ouro- menea a cabeza en sinal de desacordo. "Gañe quen gañe, van gañar os de sempre". Unha sentenza popular-anarquista digna dos mellores anos do Casa Encantada (histórica okupa do barrio do Sar) Mais... cambia algo ou non cambia? Se a clientela non está moito por se pronunciar no tema electoral, dos propietarios das tascas xa nin falar. Vade retro. Non é que non teñan ideas ou preferencias, senón que non as van expresar nunca publicamente. Agora ben, un minuto de conversa cun cliente habitual da taberna permite coñecer cal é a preferencia do dono. "Esa", di o parroquiano mentres sinala co dedo a caixa rexistradora. "E esa, de quen é?", pregunta o xornalista, intentando ser incisivo. "E de quen vai ser? Dos de sempre", responde o cliente. |
NOS_32803 | A candidata a presidencia da Xunta polo BNG colocou o reto histórico de que, por primeira vez, "unha muller e unha nacionalista" na presidencia da Galiza. Pontón dirixiuse ás militantes e ás simpatizantes que "observan con expectativa" os movementos do partido. "Galiza non necesita substituír un presidente submiso por outro que vai practicar a mesma submisión a Madrid", asegurou Pontón. | Ás 12 horas do domingo, as ducias de persoas que non puideron entrar no ateigado auditorio de Abanca en Composela escoitaron un adianto da presentación da candidatura de Ana Pontón, aspirante a presidir a Xunta da Galiza polo Bloque Nacionalista Galego nos vindeiros comicios. No interior, o responsábel de organización do Bloque, Bieito Lobeira, solicitou uns minutos de paciencia mentres Pontón daba as grazas a quen tivo que ficar fóra, que a despediu ao berro de "presidenta!". Nacionalismo para o século XXI Pontón comezou o seu discurso dando as "grazas". "Son militante do optimismo, penso que a alegría é revolucionaria. Mais para este reto non chega con isto, precisamos de todas as mans, a forza e o empuxe", afirmou a nacionalista. A candidata dirixiu o seu discurso ás militantes do BNG, ás simpatizantes das nacionalistas, "que nos miran cada vez con máis expectativas", e ao actual presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, a quen o BNG xa asume como candidato do Partido Popular. Galiza non necesita substituír un presidente submiso por outro que vai practicar a mesma submisión a Madrid, asegurou a nacionalista Desde o nacionalismo e o feminismo Pontón volveu reivindicar que o desenvolvemento da Galiza pasa por "máis Galiza" e "menos Madrid". Menos centralismo, e máis poder de decisión. "As vindeiras eleccións non van de quitar un para poñer outro, non van da alternancia dun bipartidismo que xa sabemos que significa marxinación, agravio", salientou, "Galiza non necesita substituír un presidente submiso por outro que vai practicar a mesma submisión a Madrid"."Fan exactamente o mesmo os progres, a dereita ou esa nova vella política enferruxada", asegurou a nacionalista. A candidata fixo referencia a dous cambios que chegan no 2020. Un, o da súa propia maternidade; outro, o do "nacemento dunha nova Galiza". "Temos o reto de que Galiza teña unha muller e unha nacionalista na presidencia por primeira vez na historia", avanzou. A nacionalista pediu o apoio da maioría social "que ama Galiza" para poñer fin "a unha década gris". Temos o reto de que Galiza teña unha muller e unha nacionalista na presidencia, afirmou Pontón Pontón agradeceu a todas as corporacións locais, ao representante do BNG no Congreso Néstor Rego e a eurodeputada nacionalista Ana Miranda o seu traballo. "Que poderiamos facer cun Goberno liderado polo BNG?", preguntou ao público. Tamén reivindicou as raíces do partido: "Somos as herdeiras do republicanismo galego, das esquerdas galegas, do galeguismo que defenderon os dereitos sociais e nacionais do noso país e que pensou, con amor e con intelixencia, un futuro de liberdade e de progreso". "Sabemos das limitacións do marco autonómico e queremos superalo", aseverou Ana Pontón xa finalizando o seu discurso, que reivindicou o BNG como "o nacionalismo para o século XXI". Paraugas de colectivos sociais O acto, presentado pola actriz Iria Pinheiro, arrancou coa intervención de representantes do eido cultural, a investigación, a mocidade ou da industria. O primeiro en tomar o micrófono foi o ex reitor da Universidade de Vigo, Salusiano Mato, quen afirmou que "só o BNG será quen de facer volver o talento disperso polo mundo". A xornalista Ana Cabaleiro reclamou "vivir nun país culturalmente normalizado". "Por onde pasa o BNG deixa semente de país", dixo. "Por onde pasa o BNG deixa semente de país", asegurou a xornalista Ana Cabaleiro Á emigración da mocidade tamén fixo alusión o investigador biosanitario Adrián Cordido, quen censurou a falta de oportunidades estábeis para as investigadoras do país e demandou o cese "da sangría de capital humano", promovido polas políticas de "Feixoo". Daniela Rodríguez, activista transexual e LGBTiQ+ agradeceu ao BNG "o apoio" ao colectivo e sinalou "a ausencia" nos catro anos "de goberno do PP" de políticas que melloren a súa situación. O traballador de Ferroatlántica, Alfonso Mouzo, reclamou unha "tarifa eléctrica galega". "Non podemos permitir que as grandes multinacionais espolien os nosos recursos", demandou. Por último, o doutor do hospital de Verín Eugenio Quintas -que tivo que calar en varias ocasións polos emocionados aplausos do público-, pediu apoios para quen "amosou sensibilidade pola sanidade pública". |
NOS_38555 | A partir do 22 de outubro, 31 longametraxes, 66 curtas e unha morea de actividades paralelas serán protagonistas da 49ª edición de Curtas 2021, o Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa. | Serán trinta e unha longametraxes -nas seccións Oficial Fantástico, Fantástica Latinoamérica, Alucine e Clásicos Curtas- e sesenta e seis curtas -nas seccións Oficial Fantástico, Outros Xéneros de Ficción, Outros Xéneros Documentais e Outros Xéneros Videoarte. En total, máis de sesenta e sete horas de cine proxectadas na 49ª edición de Curtas. Festival do Imaxinario, que terá lugar en Vilagarcía de Arousa entre o 22 e o 31 de outubro. O festival de cine fantástico de maior dimensión do país presentará durante dez días unha coidada selección do cinema dedicado á fantasía, o terror e a ciencia ficción. Curtas presenta 72 estreas a nivel galego, estatal, europeo e mundiais, entre elas a xa célebre coproducción de Estados Unidos, Irlanda e o Reino Unido Son (Fillo), dirixida por Ivan Cavanagh Curtas presenta 72 estreas a nivel galego, estatal, europeo e mundiais, entre elas a xa célebre coproducción de Estados Unidos, Irlanda e o Reino Unido Son (Fillo), dirixida por Ivan Cavanagh. Ademais, na sección oficial, o Curtas colabora este ano co Foratum Film Fest, coa estrea en Europa das súas cinco finalistas do ano pasado. Outras estreas moi esperadas son a coprodución entre a Arxentina e Nova Celandia The Devil's Tail; a colombiana Diavlo, de David Bohorquez; a chinesa Annular Eclipse, de Zhang Chi; ou a taiwanesa The Sadness, un relato en clave gore cuxa dureza obrigou á organización a advertir do explícito dalgunhas escenas. Se cadra, Sitges ten a culpa de que o que antes era visto como un xénero menor, sexa agora un nicho no que beben diferentes formas de entender a cinefilia. O Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya, iniciou unha ampliación do campo de batalla que puña o fantástico ao servizo de moitas miradas diferentes: por aí andaban xa David Cronenberg e Darío Argento mais, de súpeto, a nómina de directores que se achegaban ao "xénero" incluía Paul Verhoeven, Peter Greenaway, Luc Besson, Quentin Tarantino ou Leos Carax. O fantástico entraba no salón nobre do cinema. En realidade, o fantástico -entendido dunha maneira ampla- sempre foi unha parte significativa da historia do cine, como demostra o feito de que o Festival do Imaxinario comece oficialmente o día 22 coa proxección do filme sueco A carruaxe pantasma, un clásico que fai agora cen anos, dirixido en 1921 por Victor Sjöström, e baseado na novela homónima de Selma Lagerlöf, a primeira muller que obtivo o Premio Nobel de Literatura, en 1909: unha película considerada unha das grandes obras mestras dos primeiros tempos da cinematografía. Luís Miguel Rosales, director do encontro, explica en conversa con Nós Diario, que "aquí sufrimos unha ditadura na que todo o que era imaxinario era perigoso e polo tanto, moi sometido ao escrutinio da censura. Iso levou a un distanciamento de manifestacións populares da cultura -o cinema, o cómic, mesmo a televisión- que nos situou a moitos anos de distancia a respecto doutros países. Si é certo que Sitges concibe o fantástico dunha forma máis ampla, dando cabida a todos os xéneros populares: o thriller, o cinema de artes marciais... e iso propicia unha maior apertura a todo tipo de públicos". Cine fantástico e política O cine fantástico, por outra banda, serve de vehículo para contidos políticos considerados "sensíbeis": non hai máis que pensar na ciencia ficción soviética e estadounidense na época da guerra fría ou, máis recentemente, na metáfora sobre o cambio climático que Jim Jarmusch serve baixo a aparencia dunha película de zombis en Os mortos non morren. Joe Dante, na súa serie de TV Masters of Horror, ten un episodio no que os soldados mortos na guerra do Iraq volven como zombis para votar e derrocar o goberno "Podemos pensar no Star Trek que Gene Roddenberry levou á televisión", apunta Rosales, "unha serie que disfrazaba temas como o hippismo, a liberación sexual ou o rol da muller: había unha muller na ponte de mando na nave e ademais de cor. E compartía esa ponte de mando cun ruso! Era moi audaz para a sociedade estadounidense da década de 1960". "O mesmo sucede co homenaxeado deste ano", continúa Rosales. "Joe Dante, na súa serie de TV Masters of Horror, ten un episodio no que os soldados mortos na guerra do Iraq volven como zombis para votar e derrocar o goberno". Efectivamente, Joe Dante será, con seguridade, a grande estrela desta edición do Curtas. O creador da célebre Gremlins, un mito para os seguidores do xénero, estará presente no certame o sábado 30 para un encontro aberto co público. A homenaxe que o festival lle rende a Dante inclúe unha retrospectiva así como unha exposición sobre o seu traballo. "Desgrazadamente non podemos proxectar a totalidade da súa obra", laméntase Rosales, "mais hai varios títulos que paga a pena ver. O seu cine sempre conta cun subtexto que permite unha dupla lectura. É un dos grandes de Hollywood que segue en activo, aínda que afastado das grandes producións". Fantástico galego En canto ao fantástico feito na Galiza, o festival comeza coa boa noticia de que Jacinto (ronda o demo), o filme do realizador santiagués Javi Camiño e protagonizado por Pedro Brandariz, ven de recibir o Premio do Público en Sitges. A película, que xa acadara previamente dous premios no festival GenreBlast en Winchester, Virginia (EUA), é outra das citas máis esperadas polo público do festival. E non é unha excepción no panorama galego: este ano recibíronse máis curtametraxes de xénero fantástico que en ningunha outra edición. "Presentaremos seis curtas galegas deste xénero. Creo que non está nada mal para a nosa cinematografía", sinala Rosales. Un festival máis alá do cinema Curtas pretende ser un crisol de actividades no que calquera poida atopar algo do seu interese, por iso as actividades paralelas cóidanse tanto como as proxeccións. Boa proba desta vocación expansiva son as sete exposicións que prolongarán o festival en varios puntos da cidade elas as dedicadas a Joe Dante ou a Kohell, un referente da banda deseñada galega) ou un programa de encontros co público polo que pasarán nomes como os do director Nacho Vigalondo, a escritora de ciencia-ficción Elia Barceló, o director do Festival de Sitges, Ángel Sala ou o director compostelán Javi Camino. Curtas, ademais, ofrece actividades para a cativada e organiza obradoiros de creación de cómic, robótica, caracterización e realización de cabazas de Samaín. Este ano, por outra banda, recupérase a Feira de Artesanía e Obxectos Curiosos, na rúa Rei Daviña os días 29, 30 e 31. A edición de 2021 contará tamén coa emisión en directo do programa de radio online Carne Cruda, e pechará cun concerto da banda viguesa The Killer Barbies, que actuará na noite do sábado 30 de outubro para despedir a cita. Por se todo isto fose pouco, o festival convoca unha nova edición do Concurso de Relato e Ilustración Fantástica. Nesta ocasión levará por título "GLZ-2121" e, centrarase en relatos e ilustracións de ciencia ficción que imaxinen como será a Galiza dentro dun século, no ano 2121. "Tratamos de atopar a maneira de que todas as disciplinas artísticas conversen a través do fantástico", di Luís Miguel Rosales. "Por unha banda, quermos crear ese ambiete de festival, que a cidade respire o Curtas. Por outra, temos que ir buscando como adaptarnos aoque pide o público: a oferta cultural de hoxe non é a mesma que a de hai dez ou quince anos, e as demandas da cidadanía, tampouco". |
NOS_55448 | CIG-Saúde cualifica de "impresentábel" este cualificativo que, denuncia, outorga o "Grupo de Expertos en Atención Primaria" a estas profesionais. | A CIG-Saúde manifesta o seu rexeitamento ás conclusións do "Grupo de Expertos en Atención Primaria", en particular no referente ao apartado nº 4-e sobre "as enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria"que son definidas no documento como "lastres". "É impresentábel que o Sergas permita a utilización deste cualificativo para definir a un grupo de profesionais altamente cualificado e cunha traxectoria profesional impecábel", denuncia a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín. Para a CIG-Saúde, deste xeito a administración demostra unha grande irresponsabilidade pretendendo facer culpable da situación de atención primaria a un colectivo. Hospital da Mariña: "Se enfermas non te queremos" Por outra banda, CIG-Saúde da Mariña denuncia que o persoal de nova incorporación no Hospital da Mariña tras da ampliación farao mediante contratos de acúmulos. "Isto significa que cada unha das profesionais da sanidade da Mariña que foron contratadas van ter que asinar 6 contratos para traballar un máximo de 6 meses. Pero para poder asinar o seguinte contrato non poden estar enfermas, nin ter un accidente, nin estar ingresadas, nin en situación de Baixa Laboral, nin causar ausencia por mor da maternidade, xa que estar nalgunha das situacións anteriores imposibilita que poidan asinar o novo contrato de renovación, polo que quedarían desempregadas". |
PRAZA_17843 | Festivais de Galicia asegura que non é obrigado inscribir o plan de autoprotección na Xunta para que sexa válido, como di o Goberno. O PP alude a condenas ao Concello por caídas no paseo para insistir en que o mantemento dependía da administración local, que nega que a estrutura afectada sexa da súa competencia. | Máis de tres días despois do afundimento de parte do paseo durante O Marisquiño no Porto de Vigo, a batalla política para determinar as responsabilidades recrúa. O accidente mantén cinco persoas ingresadas nos hospitais dun total de 467 feridas e atendidas por diferentes servizos sanitarios tras o colapso da estrutura de formigón pilotada sobre a que se asentaba a pasarela na que centos gozaban do último concerto do festival de cultura urbana. Seis persoas permanecen ingresadas dun total de 456 feridas tras o afundimento de parte do paseo durante O Marisquiño Sendo o "fallo estrutural" do peirao pilotado aceptado como causa da derruba, ao debate sobre a titularidade da zona afectada engadíuselle máis tarde outro sobre a xestión e mantemento da base de formigón que colapsou na noite do pasado domingo. As eivas e o desgaste da estrutura parecen evidentes logo das fotografías difundidas en varios medios, os testemuños de usuarios do porto deportivo e o recoñecemento por parte de diferentes fontes das administracións de que había anos que non se comprobaba o seu estado real. Será a Xustiza quen determine finalmente o grao de responsabilidade das administracións implicadas --Autoridade Portuaria e Concello-- tras a investigación aberta polo xulgado de instrución número 3 de Vigo, que investiga un presunto delito de lesións imprudentes. Pero mentres, a Xunta reparte tamén culpas e cre que o "relevante" non é determinar a titularidade da zona senón saber se a administración local debeu dar autorización para o festival. O alcalde, Abel Caballero, alude á reunión de seguridade previa, na que nin Porto nin ningunha entidade puxo obxección ningunha, e ao plan de autoprotección presentado. Pero o Goberno galego asegura que ese plan non foi inscrito na Dirección Xeral de Emerxencias, o que considera un requisito legal para poder obter a licenza. Festivais de Galicia asegura que non é obrigado inscribir o plan de autoprotección na Xunta para ser válido, como asegurara o Goberno galego A Asociación Empresarial Festivais de Galicia contestou a esta acusación advertindo de que para que un plan de autoprotección dun evento como O Marisquiño sexa válido non é obrigado o seu rexistro nas Emerxencias da Xunta. "Esta é, en todo caso, unha obriga administrativa cuxo incumprimento nin sequera está descrito como infracción na lexislación de emerxencias de Galicia", sinalan os festivais galegos, que afirman que "nin tan sequera é obrigatorio" contar cun plan destas características para unha capacidade de 4.500 persoas, como a prevista no evento de Vigo. "Só é obrigatorio a partir de 20.000 persoas", insisten. "Se non é obrigatorio telo, moito menos é obrigatorio rexistralo", incide a asociación, que destacan que O Marisquiño se preocupase de elaborar este plan "para 4.500 persoas". "Posiblemente por esa precaución se salvasen vidas", indica Festivais de Galicia, que destaca tamén que "non existe ningunha lexislación que obrigue ao organizador" do evento a "realizar ningunha comprobación previa" sobre a infraestrutura cedida. Porto e Xunta advertiran de que esta comprobación do espazo dependía do Concello e dos organizadores do festival. Ademais, Festivais de Galicia entende que entende que o Marisquiño mesmo pode reclamar danos ás administracións polo sucedido, mentres que unha delas, a Xunta, contéstalle dicindo que os organizadores si estaban na obriga de rexistrar o plan de autoprotección. A Xunta explica que a normativa indica que o mínimo de capacidade refírese á do "festival completo, non só para o concerto", que era ao que facía referencia esta asociación nun comunicado. Neste sentido, segundo recolle o artigo 5 do DOG, sobre o rexistro de plans de autoprotección, a finalidade destes informes é "establecer unha base de datos sobre o seu contido", para que os servizos de emerxencias de Galicia poidan acceder a ela e "ampliar a información" sobre os establecementos e instalacións, de maneira que "se faciliten as súas posibles intervencións en caso de sinistro". Segundo a Xunta, o DOG especifica que a inscrición deste plan debe realizarse con "carácter previo" ao comezo da súa actividade, e a súa resolución por parte do Executivo debe notificarse nun prazo máximo de tres meses, contados desde o día seguinte á entrada da solicitude no rexistro do órgano. Aínda así, "a inscrición non supón a concesión de licenza para o inicio da actividade" O arquitecto do proxecto 'Abrir Vigo al Mar' di en 'Faro de Vigo' que denunciou "durante anos" o "abandono" da zona afectada Ao tempo, nunha entrevista no Faro de Vigo, o arquitecto que deseñou o proxecto Abrir Vigo al Mar, do que xurdiu a reforma da zona nos anos 90, advirte de que se cansou de "denunciar durante anos" o "abandono" do espazo e destaca que "as estruturas de formigón na costa son moi vulnerables e precisan atención continua". Parte do paseo afundido durante O Marisquiño en Vigo / © 112-Galicia Porque a liorta política parece que non fixo máis que empezar. Mentres o Concello insiste en lembrar que o derrubamento foi causado polo colapso da estrutura de formigón e que nada tivo que ver coa pasarela de madeira, o grupo municipal do PP difunde unha sentenza pola que o xulgado contencioso administrativo número 1 da cidade condenou en febreiro de 2013 o Concello a indemnizar unha muller que sufriu unha fractura nun ombreiro logo de tropezar cunha madeira e caer no Paseo Náutico en xullo de 2009. O ditame demostraría que o mantemento da zona, como defenden Xunta e Porto, depende da administración local ao abeiro do convenio asinado en 1992 entre as dúas administracións e a Zona Franca. O PP alude a sentenzas condenatorias ao Concello por caídas no paseo para insistir en que o mantemento dependía da administración local Pero desde o Concello entenden que "en ningún caso" o mantemento e supervisión dun peirao pilotado, que aseguran que se atopa en zona "naútico-deportiva" segundo a documentación oficial, é competencia súa. O Porto insiste en que o convenio así o indica e remite aos numerosos avisos que nos últimos anos fixo á administración local para que intervise na zona, pero na superficie, na pasarela, un ámbito sobre o que leva anos debatíndose a respecto de quen debe facerse cargo do seu coidado. Ademais, insta a revisar o acordo e determinar con claridade as competencias e áreas de xestión de cada entidade. O Marisquiño asegura que "continuará co seu silencio" ata que as persoas feridas "poidan ser dadas de alta" E mentres as declaracións e acusacións van dunha banda a outra, a organización do festival O Marisquiño aclarou nas súas redes sociais que "continuará co seu silencio informativo por respecto a todos os feridos do accidente do pasado domingo". "Ata que os seis feridos que continúan nos hospitais de Vigo evolucionen favorablemente e poidan ser dados de alta en breve", advirten. Alén disto, as denuncias das persoas afectadas pola derruba continúan mentres o Concello de Vigo anuncia que habilitará un gabinete psicolóxico para os feridos, para o que levará a cabo unha tramitación administrativa por procedemento de urxencia. |
NOS_54064 | O paciente foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde se lle realizou a proba da COVID-19. | A residencia de maiores San Carlos, no concello de Celanova, rexistrou o seu primeiro caso de coronavirus nun usuario que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Segundo confirmaron fontes coñecedoras do caso a Europa Press, o diagnóstico coñeceuse durante a pasada xornada, cando o residente da San Carlos foi evacuado ao CHUO. O paciente empezou a presentar os síntomas máis frecuentes do coronavirus (tose, disnea e febre), polo que os encargados desta residencia activaron o protocolo a seguir polo Sergas e puxeron os feitos en coñecemento da sanidade pública. Na mesma xornada trasladárono ao CHUO e foi alí onde lle realizaron a proba para determinar se sufría esta patoloxía, que resultou confirmar as sospeitas dos sanitarios. De momento non se realizou ningunha outra proba ao resto de usuarios, nin ao persoal que traballa na residencia de Celanova, pero séguense os "protocolos marcados polo Sergas" e o persoal conta con "material de protección", segundo as mesmas fontes. Ademais, estas fontes confirmaron que ningún outro residente está illado e que todos os profesionais que traballan alí tratan de "adaptarse á nova situación". |
NOS_51466 | A Consellaría alerta da posíbel perda de empregos e de buques na Galiza e a afección a determinadas artes menores. | A Consellaría do Mar e as persoas representantes do sector pesqueiro galego amosaron onte a súa preocupación ante a posibilidade de que Bruxelas e outras institucións europeas decidas impor restricións e limitacións á pesca con artes de fondo en augas comunitarias, unha decisión que golpearía noutras artes menores como os miños, o bou de vara, os trasmallos ou os rastros de vieira. Foi durante unha reunión do Consello Galego de Pesca na que advertiron de que esas medidas "complicarían a actividade dun importante número de embarcacións e mesmo podería derivar na perda de buques e empregos", ao tempo que insistiron na necesidade de actuar desde a Galiza para contrarrestar os plans destas institucións. A este respecto, desde Mar indicaron que xa lle trasladaron á directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, un informe que dá conta da escasa pegada de carbono e a nula pegada hídrica que teñen moitas artes de arrastre de menor tamaño, algo que referendan tamén estudos internacionais. Na mesma liña, o departamento que dirixe Rosa Quintana tamén lle remitiu un informe que sinala a interacción de diferentes elementos alleos á pesca sobre as zonas mariñas protexidas, ao tempo que requiriu do Executivo comunitario coñecer os informes biolóxicos, económicos e sociais que sustentan a súa proposta. Pola súa banda, o Consello Galego de Pesca insistiu na necesidade de facer ver ás autoridades competentes que todas as artes de pesca de fondo son respectuosas co medio ambiente se se empregan ben. Novos informes De feito, como apuntan desde a Consellaría nun comunicado, a Galiza xa está a traballar noutros dous informes, un referido ao peso que as artes menores de pesca de fondo como os rastros, bous, miños ou trasmallos teñen na frota galega, e outro sobre o impacto socioeconómico que terían as posíbeis restricións sobre a pesca de fondo, tanto no sector pesqueiro de litoral como no que faena en augas comunitarias e internacionais. Tamén co obxectivo de contrarrestar os plans para limitar esta actividade, Mar destaca os encontros mantidos a semana pasada con autoridades pesqueiras da Bretaña francesa, que se sumarán aos que terá proximamente con autoridades de Países Baixos ou Irlanda co ánimo de selar alianzas dado que, como na Galiza, contan con frotas que se verían afectadas por estas restricións. |
NOS_47285 | O uso do galego na zona de Asturies máis próxima á Galiza, apunta Freixanes, "non é un invento da RAG nin do galeguismo". | O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Fernández Freixanes, reivindicou esta cuarta feira a presenza da lingua galega en Asturies para reclamar que se declare a súa oficialidade, en igualdade de condicións que o asturiano, no novo Estatuto de Autonomía deste territorio. Fíxoo aludindo aos "dereitos" daqueles asturianos e asturianas que usan o galego e a preguntas das e dos xornalistas, logo de que a institución remitise ao presidente do Principado, Adrián Barbón; ao Goberno de Asturies e aos grupos parlamentarios o informe aprobado no seu último pleno ordinario á mantenta da reforma do Estatuto. Sobre o documento da institución académica, sinalou que está "moi documentado" e "moi razoado". "Convido a lelo e non a moverse por instintos", sentenciou Freixanes, quen apostilou que a RAG "argumenta as cousas cando as di". Por outra parte, recalcou que teñen a "obriga" de defender o galego "alí onde haxa falantes", sexan "moitos ou poucos". "A dignidade da lingua galega tamén está no galego exterior", engadiu, aludindo á parte máis occidental de Asturies, mais tamén ao Bierzo e Zamora. Na mesma liña, incidiu que o seu obxectivo non é ir ocupar "nada" e insistiu en que o galego na zona de Asturies máis próxima á Galiza "non é un invento da RAG nin do galeguismo". "Se se fala, teñen os seus dereitos", salientou. Cómpre lembrar, ante a polémica xurdida nas últimas datas, que Barbón rexeitou a proposta da RAG: "Ninguén nos dirá, desde calquera territorio e por moito respecto que lle teñamos, o que temos que recoller no noso Estatuto". Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, tamén emitiu unha valoración a respecto desta polémica, e urxiu o Goberno asturiano a deixar atrás "subterfuxios semánticos" para "tapar" que hai "milleiros de persoas galegofalantes entre o Eo e o Navia". |
QUEPASA_43 | Non apoia a administración a creación dun Centro de Día nos concellos de Corcubión, Ponteceso ou Camariñas, gobernados por socialistas. | Son, sen lugar a dúbidas, unhas das infraestruturas máis necesarias para a nosa envellecida comarca. De aí que a aposta pola creación dun Centro de Día en Malpica non deixe de ser unha gran nova. A Xunta confirnamaba o seu apoio ao proxecto, ao que achegará un 50% do orzamento (uns 150.000€) para a obra de acondicionamento do novo servizo que será de titularidade e xestión municipal. Contrasta, en todo caso, este "si" ao concello malpicán, coas últimas negativas que a Xunta ten dado a outros proxectos tan ou máis necesarios que o malpicán, como son os de Corcubión, Camariñas ou Ponteceso. Os tres, concellos gobernados por grupos socialistas. A solicitude do Concello de Malpica xa vén de 2016. O centro de día instalarase na Casa do Oleiro, que será acondicionada para a prestación do servizo nas mellores condicións. A licitación, tanto do proxecto como das propias obras, corren a cargo do Concello. Eduardo Parga agradeceu o compromiso da Xunta neste caso por incrementar ademais nun 30% as horas dispoñibles de Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o que equivale a 9.600 horas máis que Malpica está a empregar na súa práctica totalidade. |
NOS_2638 | Sanidade nega o novo tratamento a milleiros de persoas atinxidas polo virus do VHC embora contar con taxas de curación entre 90% e 95%. | Levan un ano de loita para "gañar tempo ao tempo", apunta Xulia Alonso, doente do virus VHC en fase 4 e voceira da Plataforma galega de afectados pola Hepatite C. Embora en Galiza se constituíren como colectivo o 19 de decembro, as persoas atinxidas polo VHC "levamos un ano de conflito após aprobar a UE os fármacos de nova xeración", explica. Un tratamento con sofosbuvir que, combinado con outros fármacos, sitúa a taxa de curación entre 90%-95% dos casos. Porén, no Estado español, acceder el é unha batalla. "O pasado ano [2014] só sabiamos que en España non se aprobara. Ana Mato dixo, sempre en positivo, que se estaba a negociar o prezo co laboratorio. En agosto dixo que os fármacos estarían en setembro. En outubro o tratamento entrou no circuito" mais cando profesionais da saúde comezaron a solicitar a súa dispensación "as solicitudes viñan denegadas", explica Alonso. "Os especialistas non tiveron moita información", acrecenta. MEDICACIÓN PARA 7 MIL PERSOAS EN TODO O ESTADO En decembro do pasado ano, desde o Colexio Oficial de Médicos, o seu reitor, Luís Campos Villarino, cualificou de "inaceptábel", através dun comunicado de imprensa, a demora na autorización destes tratamentos de nova xeración e demandou un "procedemento de transparencia" á hora de seren aprobados pola subcomisión encargada da súa avaliación. A día de hoxe, desde o Ministerio de Sanidade español o secretario de estado asegurou contar cun orzamento de 125 millóns de euros co que financiar a adquisición do Sovaldi [marca comercial do medicamento] e que a el poderán acceder un máximo de 7 mil persoas en todo o estado cuxa enfermidade se atope en Fase 4 (cirrose). Desde a Asociación española para o estudo do fígado advertiron pouco despois do anuncio do executivo que cando menos "33.000 pacientes" precisan con urxencia acceder ao tratamento. Só en Galiza o número de persoas que se atopan nesta situación cífranse en 3 mil. 125 MILLÓNS PARA A HEPATITE, 35.490 MILLÓNS PARA PAGAR A DÉBEDA Logo dun intenso Nadal de mobilizacións, as plataformas de doentes de Hepatite C denuncian a "má xestión" política que está a desenvolver o goberno español e o carácter "incomprensíbel" e "inxustificábel" de non existir un plan para esta doenza que garanta o acceso de todas as persoas infectadas a un medicamento que mesmo se compara co descubrimento da penicilina e cuxa prescrición é recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS). A liña de financiamento coa que di contar o Goberno español –125 millóns de euros-- son pouco máis do que inviste diariamente o executivo de Mariano Rajoy no pagamento da débeda –por volta de 100 millóns ao día, dun total de 35.490 millóns para 2015. "É incomprensíbel e inxustificábel que non tivesen preparado un plan para introducir o tratamento progresivamente", sinala Xulia Alonso. "Poderiamos pensar que son uns incompetentes, mais é por unha cuestión ideolóxica" pois, acrecenta, "está vencellado ao modelo sanitario que defenden, a privatización do servizo e a limitación no acceso aos tratamentos". Perante esta situación, desde a Plataforma galega de afectados pola Hepatite C recoñecen sentir "perplexidade", "tristura", "angustia" e "frustración" pois "se hai un medicamento que cura non pode ser que non teñamos acceso a el", din. Entrementres, as persoas van morrendo. É o caso de María Teresa Casas, finada pouco antes de rematar o ano logo dunha longa loita contra esta doenza. "Moitas desas mortes poderían ter sido evitadas, por iso dicimos que son asasinatos porque hai medicación ao alcance da man, existe un medicamento para curarnos, e iso doe", conta Xulia Alonso. Malia transcender a súa loita através da imprensa e contaren con numerosos apoios sociais, até o momento nen o goberno español nen a Xunta de Galiza se reuniu con representantes da plataforma. "O 21 de decembro rexistramos unha carta remitida ao presidente Feijóo para entrevistarnos con el, queremos falar co máximo responsábel do goberno, mais aínda non tivemos resposta", sinala. "Tamén queremos falar cos grupos parlamentares. Responderon todos agás o PP". O colectivo de doentes amósase certo de querer "diálogo e unha solución", mais Xulia Alonso di resultarlle "difícil de crer que esteamos nesta situación" e que "vaia haber unha solución vista a actitude do goberno". Malia a todo, subliña, "a xente apoia as nosas demandas e a plataforma está a servir para nos arroupar e superar conxuntamente a angustia" que está a xerar o conflito entre @s doentes, como recoñecen desde o Colexio Oficial de Médicos de Galiza, "e desasosego nos profesionais". JULIA LLOPIZ, doente de hepatite C "Hai xente que está a morrer cando podería curarse en 3 meses" -Como soubeches da túa enfermidade? -Cando volvín vivir para Vigo. Por volta do ano 1991. Foi cando ma diagnosticaron. Non sei canto tempo puiden tela antes. -Como acolliches a nova? -Primeiro coa dúbida que che xera saber como e por que te contaxiaches. É unha enfermidade sobre a que existíu sempre un elo de misterio, moi vencellada cunha vida pouco coidada, ou iso se dicía. Agora xa non é así aínda que moita xente se resiste a dicir que a padece. Despois está saber que non ten cura e que tes que ter coidado na vida cotiá para non infectar as persoas máis próxmas. Iso é algo que me preocupaba xunto con saber que te vas ir deteriorando. -O teu fillo tamén está atinxido polo virus VHC... -Estou moi metida nesta loita por el. A miña enfermidade está nun estadío que poderíamos dicir bon. A miña carga viral é pequena. Mais a do meu fillo non. El infectouse por transmisión vertical [de nai a crianza]. Aos 7 anos fixéronlle unha biopsia e dixéronlle que estaba ben. Após deixar pediatría e pasar a ser atendido como adulto, con 16 anos, soubemos que está en fase 2 aínda que o fígado está ben. É un rapaz maduro mais está, estamos, preocupados. Ten toda a vida por diante. -Segundo os criterios médicos fixados polo goberno español el non terá acceso ao tratamento con sofosbuvir... -Dixéronnos no médico que non ten nada que facer polo de agora. Que nos temos que conformar pois non está dentro dos límites que fixan para acceder á medicación. Defendo que haxa uns criteros, unha orde no acceso aos tratamentos e prioridades para aquelas persoas máis prexudicadas mais tamén para o meu fillo e aquelas persoas que coma el teñen toda a vida por diante. Teñen dereito a ser tidos en conta. -Como vos sentides perante esta situación? -Sentimos moita impotencia. E sobre todo moita indignación. Cres que es o último da ringleira para acceder a algo polo que estás pagando. Hai xente que está a morrer cando podería curarse en 3 meses de accederen a este novo tratamento. É unha frustración enorme como afectada e como nai. -Como valorades a actitude que están a manter os gobernos español e galego? -Coido que todo isto responde a unha decisión política e económica mais que nada ten a ver coa saúde das persoas. Páganse tratamentos crónicos e non aqueles que curan. -A que intereses responde isto? -Non nos sentimos escoitados polos responsábeis políticos. Outras cuestións de menor calado obteñen resposta e hai quen intervén, mais no noso caso non. O único que escoitamos foron só palabras porque, coas eleccións, non poder ficar calados. Mais o certo é que noutros países estase a financiar este tratamento e aquí non. Teño que ir fóra para curarme? ADRINAO, doente de hepatite C en fase 4 "Temos a sensación de estar no corredor da morte agardando un indulto" -Como soubeches da túa enfermidade? -Entereime en abril. Sentía malestar abdominal e fun á médica de cabeceira. Fixéronme a proba e detectáronme o virus. Derrubeime. O meu é un caso estraño pois a miña dona faleceu hai 4 anos por mor dun cancro hepático após infectarse nun hospital público de hepatite C. Despois diso tiven unha depresión e agora estou de baixa laboral. -Como se leva algo así? -Lévase mal sobre todo porque teño un fillo de 9 anos. A miña dona foi unha das primeiras ás que se lle detectou o virus, en 1992. No meu caso detectáronmo xusto cando comezou o conflito polo novo tratamento. Está a ser todo un despropósito. Eu continúo agardando a que me aproben o tratamento, desde o mes de agosto en que o solicitei. E agardar dá medo pois desde que empeorou, a miña dona apenas demorou 4 meses en falecer. -Como valoras a actitude do goberno agora que se desenvolveu un tratamento efectivo como o sofosbuvir? -É inhumano que as súas decisións respondan a un cálculo de custes-eficacia. É irracional, irresponsábel e inxusto pois estamos a falar dun problema de saúde pública que pretenden abordar con parches mais non cun necesario plan estratéxico. E o certo é que a situación de moitos doentes é moi grave. A sensación de moitos de nós é que estamos no corredor da morte agardando por un indulto que ten que asinar un director xeral. Aliás, no plano médico o goberno está a inducir os profesionais á má praxe apelando ao aforro no gasto. Esta reportaxe apareceu no Sermos128, publicado a 2 de xaneiro de 2015 |
NOS_45281 | "A comunicación da ciencia en tempos de pandemia" é o título da próxima xornada do Consello da Cultura Galega (CCG), que terá lugar a vindeira quinta feira, ás 18 horas, de modo telemático. | Coordinada pola xornalista Iolanda Casal, a xornada "A comunicación da ciencia en tempos de pandemia" consistirá nun debate, no que participarán o filósofo e matemático, Javier Echeverría; a divulgadora científica, Pampa García; Gema Revuelta, da Universidade Pompeu Fabra; e a neurocientífica Sonia Villapol. O evento retransmitirase en directo a partir dos relatorios gravados de cada unha das persaos convidadas e que estarán dispoñíbeis desde mañá no portal do CCG. Mentiras que se fan virais nas redes sociais, informacións erróneas ou novas nesgadas que responden a distintos intereses son algunhas das cuestións a tratar nestas xornadas que afondan nas luces e as sombras da información científica, tomando como partida a situación de emerxenciA xerada pola pandemia da Covid.-19. Conceptos como "infodemia" e "tecnociencia", a aposta internacional polo coñecemento en aberto "na procura de acelerar a obtención de resultados contra esta doenza" e as dificultades do día a día do xornalismo científico "e a responsabilidade social deste oficio" son cuestións que saen á palestra hoxe mesmo, a través da publicación dos relatorios na web do Consello, e das que se tirarán conclusións no evento da quinta feira. Sección de ciencia, natureza, tecnoloxía e sociedade A organización desta xornada insírese na liña de traballo da Sección de Ciencia, Natureza, Tecnoloxía e Sociedade, que está coordinada pola profesora de Matemática Aplicada da USC (Universidade de Compostela), Elena Vázquez Cendón. Entre as súas áreas de actuación está a de elaborar materiais e recursos didácticos, como o proxecto "Álbum da ciencia", unha base de datos con biografías de científicos e científicas galegas, ou a publicación de bandas deseñadas. Entre as súas actividades destacan informes como A divulgación da ciencia na Galiza, que compila a variedade e a "calidade de iniciativas que existen no noso país para a difusión do coñecemento científico". Ángel Carracedo, Jorge Mira ou Marilar Aleixandre son algúns dos membros desta sección. |
PRAZA_180 | Pode gobernar en solitario en Atenas, pero non pode gobernarse só na UE. Necesita socios e necesítaos con urxencia se quere sobrevivir á súa gran vitoria e apurar as súas posibilidades de cumprir un programa tan sensato como imposible sen a axuda do continente. | Alexis Tsipras resolveu con éxito o seu primeiro problema. Aínda que tamén era o máis fácil. Grazas a unha cómoda maioría fornecida por uns votantes que non estaban tan indecisos como parecían poderá gobernar en solitario, ou co apoio que non lle pode negar To Potami, o recentemente chegado partido de centro esquerda. Tsamaras e a Nova Democracia que chamaba gobernar a algo que só era unha gran estafa recibiron un merecido castigo. Aínda que grazas ás ameazas da dereita que goberna maioritariamente en Europa resultou bastante máis livián que a nova pena de desterro imposta aos seus socios do Pasok. Os neonazis xa gastaron o seu minuto de gloria. Necesita socios e necesítaos con urxencia se quere sobrevivir á súa gran vitoria e apurar as súas posibilidades de cumprir un programa tan sensato como imposible sen a axuda do continente Agora Syriza terá que enfrontarse a un problema bastante máis complexo e de máis intrincada solución. Pode gobernar en solitario en Atenas, pero non pode gobernarse só na UE. Necesita socios e necesítaos con urxencia se quere sobrevivir á súa gran vitoria e apurar as súas posibilidades de cumprir un programa tan sensato como imposible sen a axuda do continente. Grecia debe o 175% do seu produto interior bruto, a súa economía non crece e perdeu a cuarta parte da súa riqueza, o paro supera o 25% e os mercados están practicamente pechados para a súa débeda. A pesar da quita realizada en 2011, o rescate supón unha colosal factura de 250 mil millóns de euros que debe principalmente a unha UE onde apenas representa o 2% do PIB total. Non é David contra Goliat. É unha misión imposible. Alemaña ten comprometidos en Grecia máis de sesenta e cinco mil millóns. Dispón de todo o tempo do mundo para especular coa opción da saída grega do euro -Grexit-, mentres pon as súas condicións a un debedor que todo o mundo sabe que non pode pagar. Tsipras necesita sumar aliados para equilibrar a balanza pero non os ten á vista. Hollande tamén ía negociar con Europa para acabar coa austeridade, pero topouse coa mesma crúa realidade e idéntica soidade. O resultado é que agora manda o socialismo arrepentido do primeiro ministro Valls. Esperar un milagre do novo goberno grego suporía outra inxustiza máis a sumar á xa demasiado longa serie de atropelos que lles infrinximos Se Tsipras chama ás portas de David Cameron ou Mariano Rajoy atopará devotos predicadores da austeridade. Se chama ás portas de Matteo Renzi, contaralle que Italia vai camiño das súas propias eleccións e xa falarán. Se chama ás portas dos países do Leste ou doutros compañeiros de rescate, coma Portugal ou Irlanda, topará coa temible fe dos conversos. Francia, a segunda economía da UE, non puido acabar coa era da austeridade. Esperar un milagre do novo goberno grego suporía outra inxustiza máis a sumar á xa demasiado longa serie de atropelos que lles infrinximos. A paciencia debería volver ser unha virtude revolucionaria. |
PRAZA_18513 | Cunha mobilización do persoal sanitario e a dimisión do coordinador das Urxencias comezou un paro indefinido no Clínico de Santiago para a que a Xunta decretou un 100% de servizos mínimos. "Ninguén pode exercer o seu dereito á folga, pero tamén é o recoñecemento de que se precisan máis traballadores", explica a comisión de centro O BNG leva á Cámara deficiencias en oncoloxía pediátrica denunciadas por familias | O BNG leva á Cámara deficiencias en oncoloxía pediátrica denunciadas por familias Arredor dun cento de traballadores e traballadoras de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago concentráronse na mañá deste pasado luns no centro sanitario. Foi a primeira das mobilizacións que levarán a cabo cada primeiro día de semana logo de convocar unha folga indefinida para reclamar máis persoal, un plan funcional e protocolos que garantan unha mellor atención aos doentes e evitar así os colapsos que acotío se producen neste servizo. No mesmo día cesou no seu posto o coordinador do servizo, Francisco Rascado, que presentou a súa dimisión irrevogable un ano despois de chegar ao posto. No primeiro día da folga dimitiu o coordinador do servizo, que levaba un ano no posto O paro do persoal convocado pola comisión de centro do CHUS foi "maioritario" e únese ao convocado tamén polo sindicato médico O'Mega para os facultativos. Ambos lévanse a cabo todas as semanas desde as 8 horas da luns á mesma hora do xoves e ambos son apoiados pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, que leva anos denunciando a falta de medios, a saturación e os continuos problemas nas Urxencias do Clínico. No entanto, a folga visualizarase unicamente coas protestas e as reivindicacións que --tamén en forma de folletos-- os convocantes fan ante todos aqueles que visitan o centro sanitario. A Xunta decretou uns servizos mínimos do 100%; a comisión de centro cre que a medida evidencia "que o cadro de persoal é deficitario" A Xunta decretou uns servizos mínimos do 100% o que "provoca que ninguén poida exercer o seu dereito á folga", tal e como explica Camilo Agulleiro, presidente da comisión de centro. No entanto, para os convocantes esta medida supón tamén "a demostración e o recoñecemento de que o cadro de persoal é deficitario e de que se precisa máis xente". A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS leva moito tempo denunciando unha situación caótica, con colapsos cada pouco en Urxencias, doentes nos corredores, horas de espera e unha "manifesta" falta de medios e persoal para un hospital con importante afluencia. Desde a comisión do centro coincídese en reclamar solucións, polo que reclaman maior dotación de persoal para unha "mellor asistencia sanitaria" e en beneficio nos doentes. Ao tempo, reclaman un plan funcional que elabore protocolos de actuación que eviten a "saturación" e que os pacientes se amoreen nos corredores en lugar de "subir á planta o máis axiña posible ou marchar para a casa se non é preciso o ingreso". Mobilización nas Urxencias do Clínico de Santiago / CC-BY-SA CIG-Saúde A situación, denunciada tantas veces, provocou tamén unha maior concienciación, especialmente entre os usarios. Este luns, varios deles e moitos médicos apoiaron a concentración convocada pola comisión de centro. A mobilización rodeou en manifestación o hospital, para rematar concentrándose no vestíbulo da entrada principal do centro sanitario, nunha acción que se repetirá cada luns de non haber unha solución que satisfaga aos afectados. "Hai ganas porque a xente é consciente da situación precaria que se dá aquí", insiste Agulleiro. Polo momento, a comisión de centro do CHUS non ten noticias da xerencia desde a xuntanza do pasado xoves, na que malia que a dirección recoñeceu as eivas a oferta non contentou aos convocantes dunha folga que continúa. De cumprirse as expectativas, haberá unha nova reunión a finais desta semana da que aínda non hai novas. A xerencia do hospital recoñece a necesidade de aumentar o persoal pero a súa oferta é considera "insuficiente" polos traballadores A comisión segue a esixir dotar de persoal suficiente todos os colectivos do hospital para "desconxestionar o servizo e prestar unha asistencia de calidade". A necesidade de máis persoal semella xa unha necesidade recoñecida por todas as partes, por suposto polos médicos, que a través de O'Mega esixen máis compañeiros, zona exclusiva de observación de doentes encamados e outra de pacientes con doenzas leves, ademais da priorización das intercosultas que se xeran en Urxencias. |
PRAZA_2786 | Anova terá que proceder, como ten feito Podemos, a unha revisión dos seus lemas e a unha ampliación do seu espazo | Como era previsible Podemos estase conformando como unha alternativa consistente ao PSOE. Despois de meter a pata coa lista-prancha e outros acenos centralistas, o partido de Pablo Iglesias soubo rectificar e fraguar alianzas que o colocan en boa posición en diversos territorios. Non sabemos o que sucederá o 20-D, pero todo indica que en Barcelona, Madrid ou Valencia –e posiblemente tamén en Galicia- as coalicións formadas por Podemos e os seus socios quedarán por diante do Partido Socialista. O PSOE, pois, acusa trazos de pasokización. Manterá, iso si, unha forza considerable en Estremadura, Castela-A Mancha e Andalucía, configurándose, ao dicir de Enric Juliana, como o Partido do Sur, ou, de modo máis circunscrito ao territorio de Susana Díaz, como a CiU de Andalucía –a representación dos seus intereses territoriais-. Podemos rectificou tamén o seu programa. Daquel co que se presentou ás eleccións europeas a este co que se presenta ás xerais media un grande treito. É a distancia que vai de reclamar un Proceso Constituínte a unha máis modesta, e máis realista dada a correlación de forzas efectiva, Reforma Constitucional. Podemos, con toda conciencia, busca converterse no verdadeiro Partido Socialista español –e pode que o consiga na próxima lexislatura- e faino a través de alianzas que lle dan forza electoral e contribúen a estender o seu campo de influencias. A situación lembra vagamente á que se viviu na Transición, cando a Federación de Partidos Socialistas intentou constituír unha alternativa ao PSOE. Non o conseguiu. Desa federación formaba parte o PSG de Xosé Manuel Beiras, que sufriu nesa altura unha enorme sarta de improperios por parte da UPG de entón –a acusación de traidor, que agora lle dedica Suso de Toro, a de quinta columna, e a metáfora preferida de tantos "non hai mellor cuña que a do mesmo pau"-. Hoxe Podemos vai lanzarse cara o sorpasso do PSOE apoiado nesas alianzas. Non exclúan ningunha posibilidade. Da triste sorte do nacionalismo galego nestes trinta anos ninguén é máis responsable que o(s) propio(s) nacionalismo(s) galego(s). Por suposto, é do seu interese centrifugar esa responsabilidade, como sempre fixo, a terceiros, pero ningún observador obxectivo podería deixar de reparar que, para dicilo coa metáfora de Wittgenstein, o nacionalismo está encerrado na súa propia linguaxe como unha mosca dentro dunha botella. Mentres non se recoñeza este dato non haberá nada que facer por ese lado. Seguirá metido no frasco. O BNG debe de estar sorprendido de ter pasado a tanta velocidade de forza hexemónica dese campo –un campo reducido por eles mesmos- a socio non desexado. As Mareas, se algo aprenderon é que ese nasty party quitaba máis do que daba. Isto non é unha opinión, como inmediatamente presumiran os mal intencionados e os trolls de garda. É un dato da realidade. Pode ignorarse, pero non teríamos visto o lamentable espectáculo da famosa candidatura unitaria sen partir del. E conste que eu sería partidario dunha lista única con menos influencia dos partidos –de todos- e máis peso de independentes. Paréceme unha opción razoable para navegar un tempo no que coinciden dous procesos: o de reconfiguración de España e o de recomposición do mapa político: en Galicia, en particular o do nacionalismo galego. Porque, volvo a insistir neste argumento, Podemos vai ser dentro dun mes unha forza máis ou menos sólida, con opción, mesmo, de substituír ao PSOE, pero o que está na UCI, en situación de grande debilidade, é o nacionalismo galego. É certo que o artefacto AGE foi moi de grande éxito, como o foron as Mareas municipalistas. Entre Febreiro e Outubro de 2012 o universo nacido do BNG foi quen de deixar a este atrás nas eleccións galegas. As municipais confirmaron a tendencia, como van facelo as xerais, e, dentro duns meses, as autonómicas que talvez nos deixen un goberno presidido por alguén das Mareas –se ese goberno é posible. Agora ben, ese vento de popa que impulsou AGE e as Mareas, a quen consolidará en Galicia? Podemos e ANOVA non son o mesmo, nin poden selo –salvo que a compoñente nacional se disolva no éxito do novo partido-. A medio prazo ten que haber unha decantación. Isto é, creo, innegable. ANOVA, con Beiras á cabeza, ten procedido a unha fuite en avant que ata o momento deulle grandes réditos, confundida coa efervescencia do momento e cambiando de parella de baile ou incorporando outra ao ménage. Pero, ata cando pode continuar con esa fuxida cara adiante? No campo nacionalista esta é unha pregunta que representa a outra cara da moeda do inmobilismo do BNG. O BNG pode consumirse, pero o futuro de ANOVA non é menos incerto. De feito, se non acerta a fraguar unha nova forza que intente en Galicia o que Podemos en España –desprazar ao PSOE- e mesmo, ir máis aló, converterse en pal de paller do país o seu destino estará selado: converterse nun satélite de Podemos, ou, directamente, disolverse nel. Non parece unha saída plausible para a pulsión nacional que aniña en ANOVA. Se quere intentalo, terá que proceder, como ten feito Podemos, a unha revisión dos seus lemas e a unha ampliación do seu espazo. Se non quere, non aguantará o paso do tempo. Así de simple. Estrañamente, este debate non ten aparecido en sociedade ata hoxe. Estrañamente, porque, do punto de vista estratéxico, ou hai unha forza que lle de novo impulso á construción nacional, revisando os parámetros que levaron ao nacionalismo á completa parálise de hogano, ou a historia de Galicia está a un paso de camiñar cara á consunción non só da súa identidade, senón da súa vitalidade económica, política e cultural. En Galicia sempre pasa isto: a retórica, case sempre baleira, e de escaso significado, substitúe a discusión de fondo. En Galicia case todo é tinta de lura. |
NOS_24465 | Antón Gómez-Reino subiu á tribuna do Congreso, na quenda do grupo confederal Unidos Podemos, para denunciar o "abandono" do país por parte do goberno Rajoy. | "Desde En Marea imos censuralo!", enfatizou Gómez-Reino, dirixente de Podemos que estes meses exerce a portavocía rotatoria da confluencia galega. O goberno de Rajoy é censurábel "pola súa corrupción, pero tamén polas súas políticas, especialmente na Galiza, onde reduciron o investimento máis de 30 por cento nos últimos orzamentos". No seu discurso, responsabilizou o goberno Rajoy do estado das rías galegas e atacou o executivo estatal por permitir que ENCE as vaia continuar "contaminando" durante os próximos 60 anos. No discurso de Gómez-Reino desfilaron tamén asuntos como a transferencia da AP9 -votada a prol polo PP no Pazo do Hórreo e bloqueada polo mesmo partido no Congreso dos Deputados- ou a recente compra por un euro do Popular-Pastor por parte do Banco de Santander. As políticas estatais estaríanse a traducir, denunciou, no "abandono" do país. Tamén houbo oco no seu discurso para a cuestión nacional, formulada nestes termos: "Galiza é un suxeito de cambio. Nós aportamos solucións ao reto plurinacional, apostando polo diálogo, a fraternidade e o direito a decidir". |
NOS_3384 | Estimou parcialmente unha denuncia do BNG a raíz da licitación das obras da Fase 0 do novo CHUAC. | A Xunta Electoral da Galiza (XEG) estimou parcialmente unha denuncia presentada polo BNG en relación á rolda de prensa do pasado 2 de xuño a cargo da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e do conselleiro de Sanidade, sobre a licitación pola Xunta das obras da fase 0 do Plan director do novo CHUAC e á nova publicada na web da Xunta. A organización nacionalista entendeu que naquela rolda de prensa vulnerouse o artigo 50 da Lorex ao se facer, en período electoral, o que consideraba que era propaganda en base a obras da administración. Achegaba a ligazón á noticia daquel acto recollida na propia web institucional da Xunta e na que se afirmaba que estabamos perante "a maior obra pública que se ten impulsado na área da Coruña en moitos anos, tanto desde o punto de vista do investimento, como polo seu impacto social". En consecuencia, o BNG solicitaba que se requirise ás administracións implicadas "a cesar na realización de actos similares durante o período electoral, a eliminar estas publicacións dos perfís institucionais, así como a incoar o oportuno expediente sancionador por contravir o artigo 50.2 da LOREX". Agora, a XEG, e despois de valorar as alegacións presentadas pola propia Xunta, acordou estimar parcialmente a denuncia e pedir á Administración galega que retire a expresión antes citada da súa web institucional. "A expresión "É a maior obra pública que se ten impulsado na área da Coruña en moitos anos, tanto desde o punto de vista do investimento, como polo seu impacto social", constitúe un xuízo de valor polo que se eloxia unha actuación da Administración autonómica que, consecuentemente, excede dos límites dunha simple información sobre unha actuación administrativa durante o período electoral", conclúe a Xunta Electoral. Para a XEG, o período electoral "non impide a información sempre que se limite estritamente a proporcionar aquela que sexa de interese xeral (Ac. XEC do 14 de abril de 2011) ou que sexa útil, carente de valoracións electoralistas e enmarcada dentro dunha campaña informativa específica". |
NOS_34798 | O Consello de Ministr@s vén de aprobar un "novo Plan Prepara" que suprime a axuda para aquelas persoas que posúan "colchón familiar", asegurou a ministra Fátima Báñez. | Esta sexta, o Consello de Ministr@s adiantou algunhas das medidas que se implementarán nos vindeiros meses mais non aclarou moitas cuestións que se prevía fosen anunciadas. Así pois, o goberno español non esclarecerá até a vindeira semana, as condicións asinadas no memorando de rescate así como o programa de reestruturación bancaria prevista no mesmo. Asemade, a vicepresidenta, asegurou que o goberno non está a manter xuntanzas coa UE a respecto dun novo rescate, porén aseverou que o estado español, agarda á decisión que adopte o BCE sob a compra de débeda pública. O novo Plan PreparaA ministra de emprego, Fátima Báñez, informou as novas condicións polas que as persoas desempregadas de longa duración poderán solicitar a axuda de 400€. Coas modificacións incorporadas, @s parad@s cux@s familiares --ascendentes e descendentes--, superen os 481€ por membro, fican fóra do programa de axuda á reinserción laboral; un plan que acolle actualmente a 200.000 persoas no estado español. Así mesmo, o novo programa outorga a axuda só por seis meses (non prorrogábeis), isto é, concederase só unha vez na vida. Se tomamos un exemplo, unha persoa que volva ao domicilio familiar por falla de ingresos poderá ser excluída da axuda se a renda familiar supera os 481€ por persoa. O goberno de Mariano Rajoy, outorgará unha esmola de 50€ a aquelas persoas que posúan máis de dúas persoas dependentes ao seu cargo. Unha contía ínfima fronte ao custo que carrexa a dependencia familiar. Liberaliación do mercado de aluguer Como xa adiantaba Sermos Galiza, o goberno español introducirá modificacións no réxime de aluguer. Entre elas, a posibilidade de ser recuperada a vivenda pola persoa propietaria sen que isto sexa disposto polo contrato, tan só co aviso previo de dous meses. Así mesmo, axilízase o procedemento para o desafiuzamento. Calquera persoa que adebede aluguer poderá ser desafiuzada da súa vivenda despois de cumprírense dez días do aviso e previa sentenza xudicial. A rolda de prensa desenvolvida esta sexta deixa moitos asuntos pendentes coma a posibilidade de que a economía española sexa rescatada ou as características do coñecido como "banco malo", que terán que agardar á vindeira xuntanza para seren feitos públicos. |
NOS_14037 | A obra dos monxes de Tábara, da que se descoñece a data exacta –foi realizada entre o ano 922 e o 958– non recolle ningunha referencia a León ou Castela e evidencia que Gallecia e Spania servían para denominar realidades diferentes. De feito, non hai alusión ningunha a Spania nesta cartografía. | É coñecido con diferentes denominacións no ámbito cartográfico. A denominación máis empregada a nivel mundial é a de Beato Morgan, en referencia á biblioteca de Nova York onde se atopa custodiado desde 1919. Porén, no espazo ibérico, adoitan designalo como o Beato de San Miguel de la Escalada, atendendo a que foi realizada por mandato do abade deste mosteiro e permaneceu no mesmo cando menos até o século XIX. Pero hai outros autores que se refiren a el como Beato Magius, por ser este monxe o autor do mesmo, ou Tabara dous, en referencia ao cenobio onde foi realizada e mesmo Beato Thompsoniano, atendendo ao nome do coleccionista que vendeu a publicación ao Museo Morgan. O Beato Morgan é o mapa máis antigo que fai parte de toda a tradición dos beatos. As diverxencias existentes entre os especialistas á hora de datalo con precisión, manexando un amplo abano de datas entre o ano 922 e o 958, non impiden certificar a súa antigüidade, coincidindo todos eles en que é anterior ao 968, ano da morte do seu autor. A cartografía foi elaborada polos monxes do mosteiro de San Salvador de Tábara, fundado polo santo galego Froilán no século IX e situado na actual provincia de Zamora, de cuxos obradoiros sairían outras importantes cartografías como o Beato de Girona. O responsábel da obra foi un monxe deste cenobio coñecido como Magius, atendendo un encargo do abade do mosteiro de San Miguel de la Escalada, na área leonesa. A cartografía do beato de Girona fai parte da cartografía coñecida como os beatos, por estaren incorporadas as versións dos comentarios Apocalipses de San Isidoro realizadas polo abade de Santo Toribio de Liébana no século VIII, emparentado dentro desta coas copias de Valcavado, Girona ou da Seu de Urgell. A ausencia de calquera referencia a Spania, común noutras cartografías do momento, evidencia máis unha vez que naquela altura Gallecia e Spania servían para denominar realidades diferentes, empregándose a primeira para designar o reino cristián peninsular e a segunda, a área de hexemonía musulmá. Ao tempo, o mapa elaborado polos monxes de Tábara certifica o carácter hexemónico da área galega no contexto político cristián. [Podes ler a información íntegra no número 331 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_23822 | Á procura de áreas de converxencia en eidos como a literatura, a lingua e a música galega. Ese será o obxectivo das I Jornadas Galiza mais perto, que decorrerán o 14 e o 15 de xuño na Universidade do Minho, en Braga. | O encontro está organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, en colaboración coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, (AELG) e co fin de aproximar, en palabras da organización, "dúas realidades que partillan unha historia, unha lingua e unha cultura".As jornadas disertarán, entre outros temas, sobre a literatura galega e portuguesa actual, a tradición oral galego-portuguesa ou a historia da lingua galego-portuguesa. Entre as persoas que intervirán estará Mario Regueira, que analizará a resistencia política na narrativa galega contemporánea, e Mercedes Queixas, que abordará a historia recente da literatura galega a través da AELG. O profesor da Universidade de Estremadura, Alberto Pombo, abondará no desleixo ao redor da música galega. Alén o estritamente cultural, Artur Jorge Barroso, da Universidade do Minho, incidirá nas oportunidades financeiras, económicas e sociais que supón a eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. O profesor Carlos Pazos, tamén da universidade lusa, falará da imaxe das e dos galegos alén o Miño. |
NOS_13437 | O BNG lanza a campaña do Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres que este ano ten como obxectivo concienciar contra todos os tipos de violencia que se exercen contras as mulleres polo mero feito de selo. | "Fronte a eses discursos de odio, fronte ao discurso negacionista e machista da extrema dereita, en solitario ou de ganchete co PP, pero tamén fronte a quen practica un discurso paternalista como Feixoo e fala de protexer as súas mulleres, as súas nais e irmás coma se as mulleres tivésemos dono e non puidésemos falar por nós mesmas", explica Olalla Rodil, deputada do BNG na presentación da campaña nacionalista cara o 25-N. "Fronte a todo iso, desde o BNG poñemos o foco en todas as formas de violencia exercidas contra as mulleres polo simple feito de sermos mulleres". As nacionalistas lanzaron esta quinta feira as súas propostas baixo o lema A violencia queda dentro, e coa imaxe dunha 'matrioska' para exemplificar a suma de capas de violencia, que pode ser física, psicolóxica, sexual, xudicial, económica ou mediática e publicitaria entre outras. "Cada vez que se xulga o noso modo de vestir, cada vez que as mulleres somos representadas como obxectos hipersexualizados nunha campaña publicitaria, cada vez que nos pagan menos polo mesmo traballo, cada vez que un xornal di que morremos e non que nos asasinan, cada vez que nos violan e a Xustiza di que non é violación, cada vez que somos cuestionadas, todas son formas de violencia", argumentou Rodil. Rodil salientou que hai formas de violencia recoñecidas como tales pero é preciso "sensibilizar á sociedade" ante outras violencias múltiples e diversas, "moitas invisibilizadas e normalizadas, pero igualmente letais". |
NOS_38878 | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que un posíbel fechamento perimetral da Galiza está "enriba da mesa" | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o posible fechamento perimetral da Galiza de cara á ponte da Constitución "está enriba da mesa" do comité clínico, e que "non está descartado", aínda que a decisión aínda "non está fechada". Así o avanzou o conselleiro este domingo nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que lembrou non en balde que ducias de municipios galegos chegarán a esa ponte coas maiores restricións, o que inclúe precisamente a prohibición de entradas e saídas. Con todo, insistiu en que "está enriba da mesa" o feche do país, igual que o estarán outras autonomías, entre elas Madrid, como no festivo de Todos os Santos. Iso si, Comesaña lembrou que entón Galiza non se confinou. "E creo que non tivemos grandes problemas", engadiu, coa vista posta en posibles desprazamentos masivos que cheguen en datas previas ao Nadal desde outras comunidades. Sobre a situación global da pandemia, o conselleiro de Sanidade cualificouna como "positiva", dado que xa hai datos de "certo descenso estábel" en "practicamente todas" as sete áreas sanitarias e os concellos sobre os que o comité clínico "ten algún tipo de observación". Salvo algunhas excepcións, como os últimos municipios que se engadiron ás restricións máis duras -Moaña, Ribadumia, Meis, Meaño, Cee, Dumbría e Muxía- ou os descensos que "custan un pouco máis" nas áreas de Vigo e Pontevedra-O Salnés, "en xeral hai unha tendencia estable á baixa en toda Galiza", resumiu Comesaña. Por isto mesmo, o conselleiro de Sanidade volveu apuntar ao alivio destas medidas en Santiago e en Ourense ao longo da semana que entra. Nestas cidades e comarcas os datos "son bos" e "estábeis" non só na incidencia acumulada a 14 días, que está "por baixo dos 150" positivos de Covid por 100.000 habitantes, ou mesmo "por baixo de 100" nalgún caso. |
PRAZA_14943 | Cun PP coa maioría absoluta ampliada, PSdeG e BNG estudan o xeito de abordar a irrupción de AGE na Cámara e as súas repercusións políticas e materiais | Despois dunha década a tres, no taboleiro parlamentario galego volve haber catro xogadores e os tres que xa estaban estudan como abordar a súa irrupción. A apenas dez días de que bote a andar a novena lexislatura autonómica coa constitución do novo Parlamento as forzas políticas que ata agora compuñan o lexislativo galego ultiman os detalles do novo período e entre eles destaca a chegada ao Pazo do Hórreo de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a coalición encabezada por Xosé Manuel Beiras (Anova) e Yolanda Díaz (EU) que altera o statu quo de PP, PSdeG e BNG nos últimos anos tanto dende o punto de vista político como no relacionado coas cuestións de intendencia e economía da Cámara. Polos corredores do Hórreo circula nestes días a pregunta de "onde van meter" o novo grupo parlamentario. Os nove representantes de AGE teñen dereito, como o resto de grupos, a dispoñeren dunhas instalacións propias nas que desenvolveren o seu traballo ordinario. Polo momento, case ninguén coñece cal será a solución dotalos das correspondentes oficinas. "Aquí todo é secretismo", comenta un dos máis veteranos da casa, ao tempo que ve como máis probable a posibilidade de que o grupo de Alternativa vaia ser ubicado nas proximidades dos despachos do PP que, como PSdeG e BNG, mantería os lugares que viñeron ocupando ata agora. Así e todo, os traballos aínda non comezaron e no edificio si se están a desenvolver outras reformas, como a da sala que alberga a Xunta de Portavoces. Polos corredores do Hórreo circula a pregunta de "onde van meter" o novo grupo Pero a ubicación de AGE non é só motivo de ocupación dende o punto de vista espacial. Tamén dende o político e económico, a comezar pola Mesa do Parlamento, isto é, o órgano reitor da Cámara presidido polo PP e que conta ademais con dúas vicepresidencias, unha secretaría e unha vicesecretaría. O costume parlamentario di que, cunha correlación de forzas como a actual, a presidencia, a vicepresidencia e a secretaría lle corresponderían ao PP -todo semella indicar que Pilar Rojo seguirá no cargo-, que a vicepresidencia segunda fose para a segunda forza política -o PSdeG- e a vicesecretaría, para a terceira -AGE-. O reparto de postos entre a segunda e a terceira forza veu producíndose en función dun acordo entre estas -ata o momento, socialistas e Bloque-, polo que depende agora do PSdeG que AGE sente ou non neste organismo. Os membros da Mesa perciben diversos complementos económicos A decisión sobre a composición da Mesa non é menor, nin económica nin politicamente. A presenza neste organismo permítelles aos grupos que sentan nel coñecer de primeira man as liñas xerais de funcionamento do Parlamento e tamén as decisións que toma a maioría gobernante sobre a administración da institución -por exemplo, contratacións administrativas ou decisións financeiras-, pero tamén lles reporta ingresos adicionais. Ademais dos salario de deputado ou deputada, os membros da Mesa perciben un complemento de 1.831 euros mensuais, aos que se engaden 1.095 euros de "gastos de representación" e 480 de "gastos de libre disposición", achegas adicionais que en máis dunha ocasión sufragaron gastos do correspondente grupo en materias como o persoal. Adicionalmente, estes parlamentarios poden dispoñer dun servizo de secretaría -habitualmente tamén aproveitado polo grupo de que se trate- e solicitar o uso de coches oficiais -cando menos sobre o papel só a presidenta ten coche en exclusiva-. Resta saber tamén se a chegada dun novo grupo vai mudar nalgún punto a actividade parlamentaria propiamente dita, isto é, o funcionamento dos plenos e das comisións, cuxa duración se podería alongar notablemente se, por exemplo, os tempos dos que dispón cada grupo para intervir permanecen inalterados -para acurtalos cumpriría unha reforma do Regulamento-. Do mesmo xeito cabe preguntarse tamén se, como aconteceu na lexislatura do bipartito e tamén na primeira de Feijóo, o presidente da Xunta responderá en cada pleno a unha pregunta do voceiro ou voceira de cada grupo da oposición. |
PRAZA_11068 | O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, acusa o PSOE de "querer acabar con todo e destruír 700 empregos" e o presidente da Xunta alude á "parálise e incompetencia" dos socialistas | Endesa anunciou este pasado venres que acelera o peche da súa central térmica das Pontes, unha decisión derivada, como no caso de Meirama, polo prezo do carbón e o CO2, que vira en carísima a queima de carbón, que xa non é competitiva nin rendible para a compañía. A elevada contaminación e impacto climático dunha instalación como esta fai inviable un futuro máis curto do que moitos agardaban tras os investimentos acometidos. Lonxe de buscar unha estratexia común, como insinuara o venres, Feijóo e o PPdeG aproveitaron o sábado para avivar a precampaña culpando o PSOE e o Goberno cetnral da decisión da empresa."O PSOE quere acabar con todo, destruír 700 empregos", di Tellado; Feijóo relaciona o peche coa "parálise e incompetencia" dos socialistas"As Pontes ten a segunda renda media per cápita máis alta de Galicia e a pensión media máis alta. Todo grazas á central térmica de Endesa. Agora o PSOE quere acabar con todo. Destruír 700 empregos", dixo en redes sociais Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG. "Espero que o presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes dimita como militante do PSdeG-PSOE", engadiu Rosa Gallego, concelleira popular na Coruña. Máis cargos públicos falaron mesmo de "coitelada" ou "castigo" por parte do Partido Socialista. Foron só o aperitivo. Mesmo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou que Galicia "leve varias décadas sufrindo a falta de previsión" do Goberno central baixo mandatos socialistas. "Non se pode pensar que a política consiste simplemente en ter ocorrencias e arrebatos", dixo, advertindo de que "cada acción ten consecuencias nas que hai xente detrás". Feijóo relacionou o peche coa "parálise e a incompetencia" do Executivo central que, dixo, afecta tamén á planta de Alcoa en Cervo e que "está avisando desde hai meses que está en perdas como consecuencia do prezo da luz". "Levamos meses demandando unha transición ecolóxica ordenada", insistiu o presidente da Xunta sobre As Pontes, tras asegurar que "Galicia quere enerxías renovables pero tamén sabe que non se pode romper de forma abrupta" unha planta como a do norte galego. Común da Esquerda, BNG e En Marea critican que nin PSOE nin PP "fixeron os deberes" no Goberno central e na XuntaDesde a oposición galega, o BNG asegura que Galicia se atopa "ante unha situación na que nin o Goberno do Estado nin o da Xunta fixeron os seus deberes en relación á decisión da empresa de pechar a planta". "A transición ten que ser xusta para Galiza e por iso non se pode permitir que unha empresa que explotou os nosos xacementos e recursos, que obtivo miles de millóns de euros de beneficios, unha vez que esquilma os recursos do país pretenda desmantelar a central sen deixar ningunha alternativa", declarou Pontón tras a celebración do Consello Nacional.Así, o Bloque demanda unha alternativa de futuro para As Pontes e para toda a comarca de Ferrolterra, "que leva sendo unha das comarcas máis castigadas polas reconversións industriais e os antecedentes que temos preocúpan". Desde o Grupo Común da Esquerda, a deputada Luca Chao demandou á Xunta un plan de emprego con enerxías verdes para As Pontes e que as administracións se poñan a traballar en "solucións concretas" para as persoas que traballan na comarca logo do anuncio de peche. "Como vimos advertindo desde hai tempo, esta decisión depende da vontade dunha empresa", engadiu. Ademais, En Marea propón activar o mapa de transición sustentable de Galicia para afrontar o peche. O seu portavoz, Luís Villares, considera que durante estes últimos dez anos "PP e PSOE estiveron enganando a cidadanía facéndolle crer que a central térmica permanecería aberta ata 2045 recibindo subvencións por contaminar". Por outra banda, González Formoso, alcalde das Pontes e presidente da Deputación, pediu unha "resposta clara" a Endesa e asegurou que o Concello continuará "traballando con toda a sociedade pontesa para reclamar medidas de compromiso co emprego do complexo eléctrico". |
NOS_40522 | A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) convoca para o vindeiro 4 de xullo unha nova marcha contra Ence após un paréntese dun ano "por responsabilidade e prudencia". | A crise da Covid impediu durante meses á Asociación pola Defensa da Ría (APDR) presionar nas rúas para lograr "o que ten que ser a vitoria definitiva" contra a pasteira Ence en Pontevedra. Ese é precisamente o obxectivo da primeira mobilización que convocan, após un paréntese "por responsabilidade e prudencia", para o vindeiro 4 de xullo. Será cunha marcha baixo o lema 'Fóra da ría, xa', que, segundo explicou o presidente da APDR, Antón Masa, partirá ás 12 horas desde as alamedas de Pontevedra e Marín para concluír ante a fábrica de celulosa. A convocatoria prodúcese mentres están á espera da resolución da Audiencia Nacional, que se espera para finais deste mes, sobre os recursos presentados pola APDR, Greenpeace e o Concello de Pontevedra para que se declare a ilegalidade da prórroga de 60 anos concedida polo Goberno de Mariano Rajoy á caducidade da concesión, que venceu en 2018, O colectivo ecoloxista lanzou unha campaña con varios lemas que xustifican o feche da factoría. Pola saúde, pola economía, polo medio ambiente, por unha ría limpa, polo deporte na ría, pola paisaxe e polo traballo son os motivos que, impresos en lonas, figuran nas rúas do centro de Pontevedra reclamando o fin da actividade industrial de Ence. Defensa do emprego Entre estes argumentos, o presidente da APDR destacou que a prosperidade económica da comarca "non vai vir pola permanencia a fábrica, senón polas posibilidades de explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros da ría, os recursos forestais e do monte". Así, Antón Masa precisou que "non se pode confundir defensa do emprego con defensa duns postos de traballo concretos", en alusión aos 400 postos directos da empresa. Fronte á defensa de "uns poucos" postos de traballo, Masa sinalou que se destrúen "moitos máis" empregos, referíndose ás máis de 15.000 persoas que traballaban na ría antes da instalación de Ence, cuxa presenza "eliminou moitos bancos marisqueiros e contaminou a ría", lembrou. |
NOS_42561 | Xosé Antón López, cabeza de lista, aposta na "transparencia, a participación activa e a resolución dos problemas reais da cidadanía". | Compromiso por Galicia presentou esta cuarta feira a súa candidatura para Compostela nas municipais do 24 de maio, unha lista encabezada por Xosé Antón López e que aposta "por unha política a pé de rúa". López cualificou a lista como "libre, sen tutelaxe de ningún tipo e cun variado abano de xente nova , preparada e de diferentes eidos da sociedade compostelá. O candidato galeguista resumiu o principal obxectivo da formación en "devolverlle á política o seu fin social de transparencia", así como a aposta na "participación activa" da cidadanía e na "resolución dos problemas reais" das e dos veciños da cidade. Neste compromiso, Xosé Antón López marcou como algunhas das prioridades, a recuperación da zona vella de Compostela coa premisa de "rehabilitar para vivir", a planificación estratéxica dunha "Praza de Abastos para mercar" e o apoio decidido ao tecido comercial e o comercio de proximidade para fomentar o dinamismo económico e a creación de emprego no entorno máis próximo . A candidatura Na lista, e a continuación de Xosé Antón López, conforman a candidatura Luísa Bernal Ónega (avogada e comerciante do Ensanche), Modesto Toribio (comerciante e involucrado no tecido asociativo), Laura Cereijo, traballadora e delegada sindical de CCOO e Maxi Vázquez (veciño de Aríns, MBA pola EOI e socio e xestor dunha cooperativa agraria e actual secretario local). CXG incide en que na candidatura toman parte independentes e veciños de distintos barrios e parroquias. Outros integrantes son María Luz Quiñoy Montero, Javier Iglesias Mato (independente), Isabel Pazos Pose, Denís Fernández Méndez, Emilia Prado Porta, Adrián Blanco Para, Elyza Anna Szymaniak (independente), Sofía Carballido Mugico (independente), Salvador Forján Lourido, Cristina Prada Álvarez (independente), Susana Barreiro Hermo, Adrián Mallo ou Eliseu Mera . |
NOS_26115 | Foi unha publicación moi popular entre as galegas e os galegos residentes na illa de Cuba. Fundada e editada na Habana baixo o impulso e dirección de Ramón Armada Teixeiro e Manuel Lugrís Freire, significouse por ser a primeira publicación en lingua galega da emigración, mantendo o seu compromiso co idioma ao longo de toda a súa existencia. Situada nas posicións doutras publicacións contemporáneas, como O Tío Marcos d'A Portela ou o Galiciano, acolleu nas súas páxinas colaboracións dos máis importantes escritores galegos do momento. A carón dunha clara vontade literaria destacou polo seu inequívoco compromiso patriótico, concretado na súa defensa da identidade galega mais tamén dos problemas que afectaron naquela altura o país. | A fala gallega Se nos fixamos un pouco na storía e desenvolvemento da nosa lingua, que ven a ser a storia da literatura e polo mesmo a medida da sabidencia do pobo, entenderemos sin moito traballo, que nunca foi de máis ímportanza a nosa terra como naqueles tempos en que o gallego era a lingua literaria nas Castelas e a lingua literaria e popular no oucidente da Iberia. Por razóns que non son deste lugar, e que noutra ocasión trataremos a fala romano- galaica volveu á encollerse ó curruncho onde era nascida; e mais tarde caeu en tal decadenza que soilo era usada polos labregos e artesás, e deslembrada na literatura hastra o estremo de que moitos lingüistas a aldraxaban poñendo na cras dos dialeutos. A nosa decadenza foi súpeta, e obedeceu máis a isto que a outra cousa. Os poetas gallegos que podían atopar a verdadeira inspiración na lingua gallega, que tan en carauter se hacha co noso xenio, traballaban o castelán facendo poucas veces notabres. Este sigro, que si non é o das luces é ó menos o sigro da loita entre as creenzas vellas e o novo progreso, e que según o paso en que camiña leva o xeito de facer morrer todo o tradicional, fixo que os pobos volvesen ó carís do pasado, e, sin en detrimento da axuntanza da nación, ollasen pola súa vida, pola tradición, pola lingua por todo que lles é própeo, e polo mesmo mais facile pra camiñar polo carreiro que o progreso lles asinalaba. Galicia non foi insensibre con iste santo movimento. Tivo fillos antusiastas, que anque non hachasen mais groria que a de provincia -anque a nosa é groria de patrea- precuraron decote pra erguer a fala da deixades en que se tiña. Eles, traballando sin agardar ningún pago, sinon co desintres de verdadeiros petrucios; eles desenterrando do pasado nosas tradiciós, e amostrando ó mundo a lingua mais dolce enxendrada polo latín e greco e misturada co célteco, firindo nosos ouvidos cos sons brandos e melosiños própeos do galllego; analizando a storia facéndonos ver o que eramos o que somos e o que estamos chamados a ser antusíasmaron os nosos peitos, e devolvéronos unha patrea, unha lingua, un orgulo que parecía deslembrado de nós pra sempre. Rousalía Castro, Alberte Camino, Cid Rozo, Igresias, Pondal e outros mais que gora non lembro foron os primeiros apóstoles os primeiros rexeneradores dunha literatura que dera vida nun tempo á de Castela. Os bos resultados non se fixeron agardar. Os gallegos collimos daquela ese orgulo que ven á ser decote cimento do mais antusiasta cariño pola patrea, Xa nos considerábamos entonces tanto como os catalás, e mais que moitas rexiós de España. Ese novo renacimento comenzou cunha subrevacin que levaba na bandeira un letreíro cuxas palabras aínda resoan hoxe no fondo da ialma como lexana voz da máis leda espranza:España, que hastra entonces non tivera mais que desleigaimentos pra nosco, fixou en Galicia a súa atención, mirando, sinon con medo con menos con respeto á nosa quirida terra. [Artigo asinado por Roque das Mariñas, pseudónimo de Manuel Lugrís Freire, publicado no número do 13 de setembro de 1885] Non máis emigración A literatura gallega conta cunha xoia máis, feita pola ben cortada pruma do noso enxebre compañeiro don Ramón Arnada, Amador Marán, ou Chumín de Céltegos que, anque tres nomes distintos, é un soilo poeta verdadeiro. O apropóseto líreco-dramáteco que ten por nome o que encabeza iste artículo, leva un fir, dino dos laudes dos bos gallegos; dígo, leva dous: gabar á Sociedade de Beneficencia de naturás de Galicia, e pintar os malos resultados que os nosos peisanos recollen da mal tadada emigración. ¿Ataca e resolve con sorte o libriño de que trato esta últema e tan cacareada custión? Eu penso que non e penso aínda mais; creio que esto solo pode resolverse en folletos y artículos de peródicos máis de ningunha maneira nun libro que leva por ouxeto o engaiolar ó púbrico e pintar somente pasiós ou costumes, pro nunca resolver custiós sociás de semellante tracendenza. A emigración, según algús, é unha lei histórica á que obedeceron os pobos, dende os comezos do mundo hasta os nosos dias; según outros, é rempuxada polas necesidades, pola moita pobración e polo mal goberno, A.esto ultemo e ó primeiro conceuto, penso eu que obedece o que os nosos peísanos deixen o fogar por outras terras. Denlle o pobo gallego todo o que pide Curros Enríquez nunha tenra poesía de "Aires da miña terra", e si despois non amaína a manía d'abandonar o nativo logar, deixade a este pobo pois "A civilización e as anduriñasdunhas terras á outras van e ven:querer que non emigren e matalas,o mesmo veu a ser" Siguirei á diante no exámen do libriño "Non mais emigración". A amistade que me liga ó autor, impídeme de que non sexa mui longo nos laudes que nesta ocasión merece. Pro, Roque das Mariñas non se para en barras, e con tal que diga a verdade desnuda-hastra sin cirolas- impórtalle pouco o que dígan os demais. O argumento é interesante e está desenvolto con maesía, tendo personaxes mui ben deliñados prencipalmente Marica e Xan, protagonistas do apropóseto. No cuadro primeiro do primeiro auto, "A tascar", penso de min que o autor debía estenderse un pouquiño mis, pois ven a ser o prólogo, ou a esposición da obra en que se da coñecer ó púbrico o novelo de fío que nas siguentes escenas se desenvolve. Non penso, por iso, que esto sea un defeuto que queda dispensado ó ler os siguentes cuadros entre os que merecen mil aprausos os nomeados "Cousas da emigración" e "Volta ó fogar" nos que se pinta dunha maneira que non merece tachan as escenas que suceden cando o emigrado, despois de mil infertunios, retorna ó colo da familia. Faltábame por decir o máis importante. A obra de Chumín está, escrita na mimosa lingua gallega; nesa lingua con que os paxariños deben parolar no ceo.O lenguaxe é enxebre, anque de vez en cando cheíra un pouquiño a castelán. A versificación e tamén manífica e de bon xeito pra pórlle música. [Artigo asinado por Roque das Mariñas, pseudónimo de Manuel Lugrís Freire, publicado no número do 11 de outubro de 1885] Os contidos da publicación estiveron na liña da corrente social protonacionalista da que fixeron parte os editores Rousalía de Castro ¿Porqué a pruma se nega á escribir? ¿Por qué non podo dar formas ós pensamentos que agora sinto? ¿ Porque as vagoas arrasan os ollos e o máis fondo door anuda a fala na gorxa. ¿Por qué á luz do rechamante sol, é melancónica e triste como a amaina da lume dunha inmensa antorcha funeraria que sementa tristeza por tódolos cornellos do mundo? ¿Porqué sinto frío e vaguedades sin nome no mais íntímo da ialma e no mais agachado do corazón? ¡Ah! e que Rousalía Castro morreu! ¡Aquela amorosiña rula dos nosos vales aquel anxel gallego, aquela santa muller, toda bondade, toda sentemento, fuxe de entre nós, e Rousalía era a personificacion da nosa sa terra, o embrema enxebre da nosa casta, o ser mandado por Dios pra que fose o maia sinxelo e verdadeiro interprete das vagoas da pátrea que tanto adouramos! Rousalía nome venerado que sempre vivirirá en nós, nome ilustres que escribiremos con ouro nas follas da moderna literatura gallega. "¿Quen ó pasado volve cos ollos compasivos?Quen se lembra dos mortosSe aínda non poden recordarse dos vívos" A ídea que cobizaba Rousalía nises versiños non pode de ningunha maneira ter cumprida profecía nos gallegos; non poderemos en xamais deslembrarnos dela, por que era pra nosoutros moito que unha poetisa era e será decote un ser divino, a quen todos os fillos da nobre Suevia adourábamos e adouraremos con tolo cariño. Non poderemos deslembrar o seu recordo, como os homes non poden deslembrar a idea dun Díos, o escravo a espranza da libertá, a sociedade os deseios do terco progreso, o fillo de Galicia o agachado pensamento da santa rexeneracion que nos "Cantares gallegos" latexa. Patrea quirida; infortunada terra sobre quen parece que a morte sacude as mouras aas pra levarnos os mais escrarecidos xenios; ben podes dar pubrica sinal de tristeza, ben podes ir ó simenteiro de Padron á regar de vágoas e sementar de frores a tomba da rula amorosiña á quen tanto debemos. "Ditosa patria que tal filho teve"dixo un escritor portugués no aniversario do inmortal Camoês; "desgraciada pátrea que tal fillo perde» decimos nosoutros remendando o dito do íntelíxente lusitán ¡Desgraciada, si! ¿Quen vai agora á amainar as túas fondas coítas, quirida terra? ¿Quen vai agora a darnos alentos pra sofrir as soidades do aleixamento do fogar? ¿Quen vai á mantér en nosco a espranza do porvir que Rousalía Castro nos asinalaba? Non podemos ser hoxe mui longos; o sentemento que nos deixa acougar un anaco de tempo, embarga os nosos sentidos. Soilo vagoas temos nas meixelas, e soilo debemos decir hoxe os gallegos de Améreca, e principalmente os de Cuba, que Rousalía Castro é meurecente por todos os conceutos, de que se lle erixa unha estátoa na capital de Galicia. Unha estátoa, gallegos. Tiñan os grecos a "Iliada", os latinos a "Eneida"," os castellanos "O Quixote," os portugueses "Os Lusiadas" de Camoês nosoutros que dinantes careceíamos dun grorioso menumento de líteratura, temos hoxe dous, os "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" debidos a Rousalía; coa díferenza de que naqueles libros non se refrexa hastra certo punto o xenio dos pobos en que foron enxendrados, entrementres que nestes últemos latexa o carauter noso, e o da poesía gallega, vaga, melancónica, tenra, espirítual, queixosa como un suspiro dunha fada, mímosiña como a sentida fala dunha nai amante, armoñosa como a misteirosa músico que os antigos atenienses soñaban sentir nos espazos interestelares. Esto é o que debemos á Rousalía; unha brilante literatura de que carecíamos e polo tanto unha pátrea, pois sín aquela non pode hacharse estoutra. Honremos a súa memoria, paguemos dunha maneira dína dela e da terra en que rolou o noso berce, a deuda que temos que pagar con ela sin remedio á dolce poetisa, á amante patriota, á enxebre e intelixente muller que ergueu á nosa fala da deixades en que propeos e estranos a tiñan. Non haxa indiferenza, peisaniños; fagamos porque os estranxeiros non digan como dixo o celebre Victor Hugo á Grecia moderna cando esta comezou a gabar os seus ilustres xenios: "Ou terra xa eres dinaDe tales fillos ter" [Artigo asinado por Roque das Mariñas, pseudónimo de Manuel Lugrís Freire, publicado no número do 16 de agosto de 1885] Armada Teixeiro e Lugrís Freire estiveron moi presentes na publicación O primeiro xornal en galego de América O 15 de xullo de 1885 comezou a circular pola Habana A Gaita Gallega, a primeira expresión xornalística no noso idioma na emigración. A publicación vai vivir unha primeira etapa cunha periodicidade regular até o 18 de decembro de 1887, volvendo a aparecer nun segundo período, entre o 27 de xullo de 1889 e o Nadal dese ano, como suplemento de El Eco de Galicia, semanario editado na illa antillana polo estradense Waldo Álvarez Insúa. Ao longo destes catro anos saíron á rúa 20 números ordinarios e un número extraordinario para homenaxear Rosalía de Castro con motivo do seu falecemento. A Gaita Gallega non se explica sen a figura dos seus impulsores, Ramón Armada Teixeiro e Manuel Lugrís Freire. Armada Teixeiro (Ortigueira,1858, A Habana 1920) significouse pola súa defensa dos emigrantes galegos, desenvolveuse como xornalista en diversos medios de prensa, entre eles Diario de la Marina, La Tierra Gallega, El Eco de Galicia ou El Eco de Ortigueira e destacou pola súa obra literaria, con pezas como Non máis emigración, Caldo de grelos, Aturuxos ou Da terriña. O seu parceiro no proxecto, Lugrís Freire (Sada,1863- A Coruña,1940), presidente da Real Academia Galega, percorreu toda a xeira política do nacionalismo desde a Liga Galega até o Partido Galeguista, caracterizándose polo seu compromiso social coa causa labrega e legándonos unha completa obra literaria, con importante relevo no ámbito dramático. 'A Gaita Gallega' é a primeira expresión xornalística no noso idioma na emigración As mans de Armada Teixeiro e Lugrís Freire estiveron moi presentes na publicación. Así, Armada, baixo o pseudónimo de Chumín de Céltegos, publicou ducias de composicións literarias, artigos de opinión e traballos de recuperación etnográfica, como lendas, fábulas ou refráns. Pola súa banda, Lugrís Freire, co pseudónimo de Roque das Mariñas, deixounos crónicas sobre a vida social da colectividade, a denuncia da emigración ou a defensa da lingua. Neste sentido, tal e como reparou Neira Vilas, Armada e Lugrís inspiráronse no libro de Xoán Manuel Pintos do mesmo nome para pórlle título a publicación, tomando, tamén, prestado deste volume auroral editado en 1853 o seu primeiro versos acróstico que comeza: "Queira Dios que esta Gaita ben tocada". O xornal publicou traballos dos máis importantes escritores galegos do século XIX. Así, apareceron artigos, poemas e narracións de autores como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Lamas Carvajal, Pastor Díaz, Xoán Manuel Pintos, Alberto Camino, Francisco Añón, Aureliano J. Pereira, García Mosquera, Lisardo Barreiro, Andrés Muruais, Marcial Valladares, Antonio de la Iglesia, Romero Blanco, Pesqueira Crespo, César Undinoco, Francisco Lourido ou Manuel Amor Meilán. Os contidos da publicación estiveron na liña da corrente social protonacionalista da que fixeron parte os editores. Neste senso, chaman a atención os traballos de orientación patriótica, de destaque da historia do país, de afirmación da identidade galega e defensa da lingua, que como sinalaron no editorial do primeiro número "é a única nota que o corazón do emigrado atopa para lembrar a querida Terra". Ao tempo, a publicación acolleu novas de actualidade con opinión, nun periódico eminentemente reivindicativo, onde conviven as críticas ao caciquismo, como cerna do réxime político da I Restauración, aos abusos do poder, á miseria dos sectores populares e á emigración. |
NOS_47339 | Dous galegos que voltaron de Bélxica e outro de Italia deron positivo. Sanidade anuncia os novos prazos da vacina: a mediados de novembro comezarase a vacinar as 122.000 galegas e galegos que recibiron unha inxección de Janssen.Tamén a mediados de novembro iniciará a administración da terceira dose da vacina ao colectivo de 70-79 anos. | O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou na Coruña os tres primeiros casos do variante Delta Plus do coronavirus, concretamente en dous cidadáns galegos chegados de Bélxica e un terceiro de Italia. Así o avanzou esta sexta feira, 20 de outubro, o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego. A Delta Plus é unha variante "que ten entre 12 e 15% máis de capacidade contaxiosa", dixo o presidente polo que, tal e como advertiu, aínda se "descoñece a resposta ás vacinas" administradas até o de agora. "É a variante que máis preocupa nestes momentos", recoñeceu. Doses de reforzo da vacina en novembro Precisamente, Feixoo anunciou os novos prazos para a inoculación das doses de reforzo da vacina contra a Covid-19. A mediados do mes de novembro comezarase a vacinar as 122.000 galegas e galegos que, "con independencia da súa idade", recibiron unha inxección de Janssen (a deste laboratorio aplicouse como monodose, pero agora recoméndase unha segunda picada). Tamén a mediados de novembro iniciará a administración da terceira dose da vacina da Covid-19 para o colectivo de 70 a 79 anos. Fin á obrigatoriedade de permanecer no asento en auditorios Unha semana despois de que a Xunta xeneralizase as ocupacións a 100% en practicamente todas as actividades, a Consellaría de Sanidade decidiu levantar a obrigatoriedade de que o público permaneza sentado en cinemas, teatros, auditorios e espazos similares. Na súa edición bis o Diario Oficial da Galiza (DOG), publicado a última hora da quinta feira, recóllese a eliminación do requisito de que o público debe estar en todo caso sentado nestes espazos. Até o de agora, este tipo de lugares podían utilizarse a 100% sempre que o público permanecese sentado. Esta nova medida entrou en vigor na quinta feira, polo que xa se poden realizar estas actividades con público de pé ao máximo de capacidade. En todo caso, di o DOG, "deberán estabelecerse as medidas necesarias" para manter a distancia de seguridade nas instalacións. Feixoo presenta o Plan de infraestruturas sanitarias Na rolda de prensa, Feixoo tamén avanzou que o novo Plan da Xunta de infraestruturas sanitarias de Atención Primaria contempla a posta en marcha de 37 novos centros de saúde e a reforma de 14. Na fase 0 faranse nove centros novos: Abegondo, Santa Lucía na Coruña, Antas de Ulla, Centro Integral de Saúde (CIS) de Ourense, A Rúa, Moaña, Soutomaior, Vilagarcía e CIS de Vigo. Tamén figura a reforma do centro de saúde de Conxo, en Santiago. Na fase 1 figuran 14 novos centros -Noia, Porto do Son, Ribeira, Sagrado Corazón en Lugo, Pantón, Ribadeo, Boborás, O Carballiño, Muíños, Caldas de Reis, o Grove, Poio, CIS da Guarda e CIS de Cangas- e sete reformas - Carballo, para a súa conversión en CIS; Cedeira, Culleredo, A Milagrosa en Lugo, Meira, Outeiro de Rei e Moraña-. Na fase 2 faranse 14 centros -Fene, San Xoán en Ferrol; Fisterra, Malpica, Teo, Becerreá, Guntín, Allariz, Montederramo, Mariñamansa en Ourense, Barro, Meis, Mos e Ponteareas- e seis reformas - Vimianzo, Foz, Praza de Ferrol en Lugo, Ribas de Sil, Viana do Bolo e O Rosal-. "Son 20 actuacións que iniciaremos na segunda metade da lexislatura", dixo Feixoo. Os médicos recorrerán cambios de competencias Apenas unhas horas antes de que Feixoo presentase o plan, o Consello Galego de Colexios Médicos anunciou que recorrerá vía administrativa e "se é necesario, vía xudicial", o "menoscabo de competencias dos facultativos" pretendido polo Sergas na Atención Primaria ao querer "habilitar os farmacéuticos para a prescrición en determinadas circunstancias" ademais de derivar a demanda asistencial ao persoal administrativo dos centros. Segundo defenden, trátase "dun proceso diagnóstico que ten que levar a cabo un facultativo". Lembran que "unicamente un cambio na lei" pode "facer posíbel a transferencia de competencias". |
NOS_13708 | Escritora, feminista, activista a prol da causa do ensino público galego e en galego. É Mercedes Queixas. E é quen toma a palabra esta terza feira no #VenhanMais5. | -Como avalías o estado actual do ensino galego? -É complexo facer unha breve e, ao tempo, axustada descrición dunha realidade global tan diversa como é a que representa o ensino galego. A escola é una microsociedade e nos seus espazos internos espéllase todo o que acontece fóra dela a nivel familiar, colectivo, socioeconómico. Neste momento, despois da fortísima regresión vivida desde hai cerca dunha década, percibo unha Administración educativa galega con competencias nesta área que non é quen de contrarrestar nin cuestionar as actuacións negativas e anuladoras do Estado canto aos principios pedagóxicos e os valores da identidade galega. Percibo unha escola propositadamente cada vez menos pública, menos laica, menos democrática, menos galega, menos comprometida coa diversidade e con menos oportunidade para competir desde a calidade. Constato unha escola galega que, contra todo criterio didáctico, deixa de asegurar a adquisición da lingua propia cumprindo un papel desgaleguizador máis propio doutro tempo. Percibo unha escola propositadamente cada vez menos pública, menos laica, menos democrática, menos galega Asemade, comprobo con decepción como unha parte do colectivo de profesionais do ensino e da sociedade actúa desde a resignación e o conformismo, procurando sobrevivir de xeito illado a tanta involución e precariedade. Con todo, a imaxe que permanece para min deste tempo tan duro desde a perspectiva socioeducativa é a intensa capacidade de unión resistente ao longo de moitos anos nunha parte moi importante da comunidade, que foi capaz de facer fronte e mesmo parar actitudes e resolucións moito máis lesivas e agresivas para o ensino público galego. -Que evolución agardas do ensino galego a cinco anos vista? -Os tempos políticos e as actitudes que se observan por parte dos seus responsábeis non permiten intuír camiños moi diferentes a tan curto prazo. Actualmente, tenta amortecerse a acción crítica e reivindicativa da sociedade, das ANPAS e dos sectores vinculados co ensino, co anuncio do nacemento dunha vontade de pacto educativo español que, polo de agora, entendo que en verdade non atende de raíz as causas da forte contestación social que provocou toda a recente lexislación, de marcada ideoloxía centralizadora e contraria –mesmo negadora- do carácter plurilingüe e multicultural do Estado español. Agardo que Sermos nos siga a contar a realidade galega que noutros medios se oculta ou distorsiona A miña esperanza está sempre na sociedade, que debe ser a auténtica portavoz en defensa da intolerancia e contra a indiferenza administrativa dun elemento vertebrador e cohesionador da sociedade como é a educación pública galega. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Agardo que nos siga a contar a realidade galega que noutros medios se oculta ou distorsiona e que nos ensanche as marxes de coñecemento doutras realidades exteriores. Desexo que siga medrando na incorporación de contidos culturais para dar visibilidade á capacidade creadora da inmensidade e diversidade de tantas manifestacións da cultura galega que nos sostén, como columna vertebral da historia, desde o pasado até o presente, na que nos recoñecemos con nome e personalidade propia, desde a capacidade de nos convocar ao redor dela como galegas e galegos no conxunto da historia global dos pobos. |
PRAZA_522 | O presidente da Xunta presume nun acto de campaña do PP andaluz de que o seu partido é "o máis democrático" por manterse na oposición malia ser o máis votado e insiste en que o lóxico sería que gobernase a lista máis votada. | Feijóo volve rescatar a polémica e insiste desde Andalucía en que debería gobernar "a lista máis votada" tras presumir nun mitin da campaña electoral andaluza que o PP é "o partido máis democrático" ao pasar "tres anos na oposición" no Parlamento autonómico andaluz malia ser a primeira forza en número de votos. O presidente da Xunta volve liderar así a ofensiva contra os gobernos de coalición, como fixera xa hai meses, propoñendo a súa formación mocións nos concellos e impulsando unha reforma electoral que finalmente adiou sine die. Feijóo presume de que o PP é "o partido máis democrático" ao non gobernar nalgúns territorios malia ser o máis votado A reacción da oposición galega non se fixo agardar. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, rexeitou as súas declaracións, nas que se queixou de que o PP non poida gobernar algúns territorios como Andalucía malia ser o máis votado. "Xa sabemos ao que nos ten afeitos, que é ao dedazo permanente en calquera comunidade, en calquera concello; polo tatno, creo que leccións de democracia, poucas", dixo tras destacar que Feijóo "pasa cada vez menos tempo en Galicia" e que "é difícil seguirlle a pista". O presidente da Xunta participa na campaña andaluza e anunciou tamén unha próxima viaxe a Suramérica. Besteiro destaca o "dramático" que supón para o PP "a súa absoluta soidade" ao ser incapaz de "ningún tipo de alianza" Ademais, Besteiro insistiu no "dramático" que supón para o PP que "nos últimos 30 anos" fose "incapaz de establecer ningún tipo de alianza con ningún espectro político". "Esa soidade vaina de ter da forma máis clara nas vindeiras municipais e xerais, nas que será incapaz de xerar ningún tipo de acordo ou consenso", engadiu. "Cando se quebra unha maioría nun proceso electoral, efectivamente se atopa na máis absoluta soidade, que é a que practica cando está a gobernar tamén", asegurou. Non é a primeira vez que unhas declaracións de Feijóo desde Andalucía causan polémica. Hai pouco máis dun ano, o presidente da Xunta apoiou tamén o candidato á Junta, Juan Manuel Moreno Bonilla, cunhas declaracións nas que asegurar que a Transición "non se completará ata que en Andalucía goberne outro partido". >> HABERÁ AMPLIACIÓN |
NOS_22189 | Está na área de tránsito dun aeroporto moscovita. E no albo do Imperio. Obama quer a súa extradición. A UE prégase a Washington e varios Estados -Franza, Portugal, Italia, o Estado español- puxeron trabas onte o voo do avión en que viaxaba Evo Morales proveniente de Moscova perante a suspeita de nel viaxar Snowden. Agora o pai de Snowden, nunha carta aberta, gaba a valentía do seu fillo e di que o ex axente da CIA chama á cidadanía a enfrentar "o crecente perigo" da tiranía que paira sobre os EUA. | Edward Josep Snowden (1983) é un analista informático norteamericano que traballaba para a CIA e que revelou ao mundo o programa de espionaxe masiva que a Administración Obama combinou con xigantes da Internet como Apple, Google, Facebook e Twitter. A espionaxe afectaría a cidadáns de todo o planeta e a Estados da Unión Europea. Así funcionan os servizos de intelixencia, veu brincar a este respeito recentemente Obama. As autoridades federais dos EUA apresentaron cargos formais contra Snowden o 22 de Xuño pola revelación de dados secretos que atinxirían, segundo Washington, á seguridade nacional. O analista áchase en Moscova, despois de ter fuxido do seu país, primeiro en dirección a Hong Kong e logo á capital rusa. Alí atópase despois de cursar petición de asilo para 20 Estados diferentes, entre eles o español, Alemaña, Austria, Bolivia, Brasil, China, Cuba, Finlandia, Franza, a India, Italia, Irlanda, Países Baixos, Nicaragua, Noruega, Polonia ou Venezuela. Rusia en primeira instancia mostrou a súa disponibilidade a acoller baixo a figura do asilo a Snowden, mais condicionou a súa decisión final a que este se comprometese a non revelar máis segredos dos norteamericanos. O analista recusou a oferta. Un patriota é aquel que salva ao seu país do seu propio goberno (Thomas Paine) Agora seu pai dirixe unha carta aberta, asinada tamén polo avogado do analista, Bruce Fein. Na misiva o pai de Snowden di que o seu fillo está a convocar ás norteamericanas e aos norteamericanos a confrontar "o crecente perigo" da tiranía que paira sobre o seu país. En concreto, cita a un dos líderes da revolución independentista que deu lugar á fundación dos EUA, Thomas Paine, cando este afirmaba que un patriota é aquel que salva ao seu país do seu proprio goberno. O último que se sabe de Snowden é un pronunciamento que realizou através de Wikileaks e no que afirmaba que a Administración Obama en realidade non ten medo de "filtradores" como el ou Bradley Manning. "Non teñen medo de nós. Non temos un Estado detrás, estamos en prisión ou non temos ningún poder. Non, non teñen medo de nós. Teñen medo da existencia dunha opinión pública informada e irritada que exixe o goberno constitucional que lles foi prometido e que deberían ter". |
QUEPASA_564 | Continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba.Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver" imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables… | A cultura, o deporte e a festa como principais motores económicos Moito protestamos cando unha estrada ten fochanca ou unha farola non funciona. Máis protestamos aínda cando o concello lle dá unha subvención ás festas e a farola e a fochanca queda sen arranxar. Pero coa pandemia démonos conta que cun "bache" máis ou menos ou cunha farola fundida podemos seguir vivindo, pero sin festas, sin cultura, sin deporte e sin toda "a carallada que temos montados os galegos" os cartos non circulan, o pobos quedan sin vida, os negocios morren e a xente marcha, e cando marcha, nen sequera volve as festas porque xa non as hai. Con isto non queremos dicir que non haxa que arranxar as estradas e as farolas, pero coas festas compramos roupa e zapatos, comemos fóra, imos de viños, imos a peluquería, compramos peixe ou carne, facemos churrascadas, encargamos na panaderías grandes tartas e empanadas, e poderíamos seguir con multitude de exemplos que moven a economía. Multitude de veces despotricamos contra o alcalde ou concelleiro de turno por inxectar inxentes cantidades de cartos a todo tipo de actividades culturais e deportivas. Era moi habitual escoitar a famosa frase de "si arrejlaran as farolas e as estradas íanos ir mellor en vez de tanta carallada", e ademais era un dos temas que máis enfrontamentos provocaba nas sesións plenarias entre gobernos e oposición. Pero chegou a pandemia e démonos conta de que esta non é zona de gran industria e grandes fábricas, e que a vida municipal do comercio, do autónomo, da hostelería, do bullicio municipal e da activación da economía pasa en gran parte por unha boa programación cultural, deportiva e de festa. Non nos fai falla preguntarlle ao sector o que lle supón para a economía do seu negocio o non ter grandes actividades que congregan a miles de persoas como a Festa da Carballeira en Zas, Asalto o Castelo en Vimianzo, Cabalgata en Santa Comba, Festas do 15 en Laxe, a Xunqueira en Cee, a Barca en Muxía, Encaixe en Camariñas, O Cristo en Fisterra, Medieval en Corcubión, San Xoán en Carballo, Volta Ciclista a España no Ézaro e Muros, Ciclo de Carreiras Populares, Semana Santa, Camiño dos Faros, entroido, automonilismo ou moitas outras que se nos veñen a cabeza. Soamente unha simple verbena, voda, bautizo, comunión ou comida de empresa, move a economía no sector cárnico, pesqueiro, panaderías, enerxético ou de venda de moda, entre outros. Dicía fai pouco un autónomo que a xente non se formula comprar calzado sabendo que estará na casa a maior parte do tempo, como foi coa pandemia. Veu a pandemia e démonos conta que con medio alumeado público fundido e unha estrada con multitude de fochancas podemos vivir, pero sin actividade pública deportiva, cultural e festiva, máxime cunha cultura tan socializable, familiar e de amistade como a nosa, e toda a unha industria ao seu arredor, toda a economía se desmorona. Boten contas, ou máis ben, que as boten quen está a fronte de festas, papeleos, autorizacións, xestorías, axentes de espectáculos, orquestras, bandas de música, gaiteiros, hostelería, restaurantes, empresas de autobuses, taxistas, roupa, calzados, cosmética, perruquería, alugueres de vivendas, panaderías, estacións de servizo, supermercados, distribución de bebidas, mariñeiros, etc, etc. Todo é unha cadea relacionada coa vida social, festiva, cultural, deportiva ou turística, e que, arrastra a case todo o demais. Serie "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia" Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Traballar en B pode ser bo… pero moi perxudicial. A despregadura da fibra óptica fóra e dentro da casa. As leis que por si mesmas non existen. A farsa da Galicia perimetrada por Concellos e os ríos como límites territoriais As xestións telemáticas e o teletraballo. Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo. Outras reportaxes sobre Leis Xaneiro 2021: A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural: Xaneiro 2021: Carta dun autónom@: "A Crónica dunha morte anunciada, a do comercio local". Novembro 2020: A Xunta amplía os horarios para o ocio nocturno (en tempos de normalidade). 2018: Como afecta a nova Lei de Espectáculos Públicos ás verbenas populares?. Maio 2020: Pode ser a esquecida Lei de Espectáculos Públicos unha referencia para controlar aforos?. |
NOS_37037 | Cos efectos de Semana Santa pendentes de medir, as autoridades apelan a que a responsabilidade individual impida o empeoramento da situación | Transcorridos tres días desde a fin da Semana Santa e máis de dúas semanas da ponte de San Xosé, a Galiza mantense, segundo di o comité clínico que asesora a Xunta, nun momento de "meseta" en canto á detección de novos casos de coronavirus que presenta unha evolución con "lixeira" tendencia "descendente" que, en todo caso, só seguirá esa senda se os comportamentos individuais mantidos até a data se manteñen. Esta é a diagnose ofrecida esta cuarta feira, 7 de abril,. en rolda de prensa polo comité de expertos da Consellaría de Sanidade coa "fotografía fixa" da pandemia ao 7 de abril e ante a incógnita, pendente de despexar, de como afectará a Semana . Porén, o certo é que os datos da Consellaría ofrecidos esta cuarta amosan que os casos activos da Covid-19 seguen en aumento na Galiza desde o inicio da semana e sitúanse en 2.233, así como tamén os novos contaxios, que repuntan a 181, mentres que a presión hospitalaria alíviase e descenden a 188 os pacientes ingresados, 21 menos. Coa variante británica copando 95% dos casos que se diagnostican na Galiza, o comité clínico insiste na responsabilidade individual da poboación para evitar unha cuarta onda que xa asoma en varios territorios do Estado onde se deu un aumento da incidencia acumulada. Ante o predominio da variante británica, que "permite máis o contaxio", Sanidade e o seu equipo asesor remarcan a necesidade de cumprir as medidas de prevención, especialmente ante a chegada do bo tempo que suporá un incremento das interaccións sociais. Todo iso co obxectivo de evitar a cuarta onda á espera de coñecer o alcance da Semana Santa. Incidencia A Galiza mantense esta cuarta feira cunha incidencia acumulada que se move nos valores das últimas semanas, cunha taxa de entre 32 e 34 casos por cada 100 habitantes a sete días e ao redor dos 66 casos no dato a 14 días, segundo datos fornecidos até as 8 horas deste 7 de abril en que a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Parrondo, repasou os principais parámetros da pandemia nunha rolda de prensa en que acompañou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Outro dos elementos positivos é o número de concellos sen casos de Covid-19, que aumentan tanto no valor a 14 (+2) como a 7 días (+10). Así, son 142 os municipios que non diagnosticaron contaxios nas últimas dúas semanas e 189 os que non contabilizan casos de Covid-19 no últimos sete días. |
NOS_15060 | O Supremo revoga a sentenza da Audiencia provincial e imponlle unha pena de cadea por delito medioambiental con agravante catastrófico. | Apostolos Mangouras foi condenado a 2 anos de prisión por un delito medioambiental, segundo avanzou a Cadena Ser. Así o ditou o Tribunal Supremo, que aumenta a condena inicial imposta pola Audiencia Provincial da Coruña en novembro de 2013, en relación ao macro-xuízo pola catástrofe do Prestige. Mangouras foi a única persoa condenada, na altura a 9 meses de cadea que se incrementan a 24 meses coa sentenza do Supremo. A decisión do alto tribunal prodúcese após o recurso presentado pola Fiscalía no que reclamaba a anulación e que a aseguradora do buque se fixese cargo de parte da factura polos prexuízos ecolóxicos causados. Neste senso, o Supremo condena a aseguradora e o propietario do barco a quen fai responsábeis civís da catástrofe medioambiental xunto co Fondo Internacional de Indemnizacións por Accidentes de Hidrocarburos. Doutra banda, mantén a absolución para os demais mariñeiros do Prestige e tamén para o ex-director da Marina Mercante, José Luís López-Sors, o único cargo político que sentou na cadeira dos acusados. Mangouras como único responsábel Sa súa sentenza o Tribunal Supremo sinala Mangouras como "responsábel dun delito imprudente contra o medio ambiente na modalidade agravada de danos catastróficos" polos feitos acontecidos o 13 de novemebro de 2002. Aliás, sinala a súa responsabilidade civil pola que deberá facer fronte a unha indemnización xunto coa aseguradora London P&I Club. De maneira subsidiaria tamén se sinala a responsabilidade civil da propietaria do Prestige Mare Shipping Inc. e do FIDAC. Esta responsabilidade debe abranguer a "restitución, a reparación do dano, tanto o emerxente como o lucro cesante, incluído o dano medioambiental nos seus distintos aspectos, e a indemnización de prexuízos materiais e morais", recolle o comunicado de imprensa remitido coa sentenza do Supremo por parte do TSXG. O Supremo di que o capitán do Prestige asumiu unha navegación "arriscada" ao ser coñecedor das condicións nas que se atopaba o buque e da perigosidade da carga que portaba Destarte, o Supremo revoga a condena de 9 meses que lle fora imposta a Mangouras pola Ausiencia Provincial por un delito de desobediencia grave que lle foi atribuído por desouvir as ordes das autoridades españolas. Ora ben, condénao como responsábel do acontecido por, din, ter asumido "a travesía nun momento no que o previsíbel, cando non seguro, en atención á zona pola que había de navehar e a época do ano na que o facía, é que tivese que se enfrontar a condicións meteorilóxicas adversas". Asemade, acrecentan, "Mangouras asumiu non só unha navegación arriscada" senón que "creou un grave risco sobre todo en relación ao carácter altamente contaminante da sustancia que transportaba". Neste senso, o Supremo entende que as decisións adoptadas polas autoridades políticas así como a xestión feita da propia catástrofe foi acaída polo que absolve a López-Sors, único responsábel público encausado. Nunca Máis O avogado da Plataforma Nunca Máis, Pedro Trepat, destaca "un aspecto positiva" da sentenza do Tribunal Supremo: "Acaba con aquela situación dun desastre sen un responsábel". |
NOS_17212 | Sanidade nega saber cal é o número de reclusos tratados nas cárceres galegas embora terlle sido reclamada a información pola Valedora do Pobo en setembro de 2015. | Esta quinta feira (4 de agosto) representantes da Plataforma de persoas atinxidas pola hepatite C mantiveron un encontro co director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, quen lles remitiu a cifra de doentes que foron tratados cos novos tratamentos após a entrada en vigor do Plan estratéxico aprobado en 2015. Sanidade di non saber cal é a cifra de persoas diagnosticadas mais imaxina que as tratadas representan "algo máis do 50%" Segundo Sanidade trataríase de 3.199 persoas entre o 1 de abril de 2015 e o 30 de xuño de 2016, como trasladou aos medios de comunicación á saída do encontro o voceiro da plataforma, Quique Costas. Así as cousas, Asistencia Sanitaria di carecer da cifra de persoas diagnosticadas no país, un dado requerido pola plataforma, que sospeita da existencia de doentes non diagnosticados. Porén, "calculan que esta cifra --as máis de 3 mil persoas tratadas-- representarían algo máis do 50%". Poboación reclusa No encontro, a plataforma soliciou á Xunta a cifra de persoas reclusas en cárceres galegas que estarían a ser tratadas ao abeiro do Plan estratéxico. Cumpre lembrar que este colectivo foi considerado de atención prioritaria polo índice de contaxio que soporta, 13 veces maior ao da poboación en liberdade. A Xunta négase a financiar os tratamentos para presos que se ven obrigados a deslocarse a cárceres madrileñas Esta información foi solicitada en numerosas ocasións pola Valedora do Pobo desde setembro de 2015. Porén, a Consellaría de Sanidade negouse a proporcionarlla tamén a esta institución. De novo, na xuntanza desta quinta feira, Jorge Aboal asegurou non dispor dos datos e dixo que "consultarán con Institucións Penitenciarias para facilitarlla". Na Galiza, as competencias en materia sanitaria nas prisións dependen do Ministerio de Interior malia que o Parlamento galego, na pasada lexislatura, instara por unanimidade á Xunta reclamalas. Pola súa banda, desde a Plataforma de persoas atinxidas pola hepatite C trasladaron a Sanidade a necesidade de desenvolver campañas de prevención e información sobre a doenza ao que Asistencia Sanitaria respondeu asegurando que "están pendentes" dun plan estatal "a nivel do ministerio". Polo que, en síntese, Quique Costas dixo saír da xuntanza "coas mesmas incógnitas" que entrara. |
NOS_30597 | Luciano del Río, Victoria Martínez, Faustino García Puga, Edelmiro Dios ou Antonio Vidal Vilas son algúns dos nomes que Luís Bará recupera na construción "dun mapa de ausencias" da memoria de Vilaboa. | "Para un mapa de ausencias" é a nova entrega do blog Non des a esquecemento no que Luís Bará ofrece un percorrido emocional pola lembranza dos homes e mulleres da súa parroquia, da súa aldea, coa vontade de sacar os seus nomes do esquecemento ao que foron condenados durante décadas. Trátase dunha declaración de amor e de orgullo por aquelas persoas que formaron parte da memoria silenciada de Vilaboa. |
NOS_41236 | Se a comezos de 2022 a Fiscalía mexicana solicitaba 39 anos de cárcere para o directivo de Pemex que negociou con Alberto Núñez Feixoo a compra de Barreras, esta semana o presidente mexicano púñaa como exemplo de como as empresas españolas se aproveitaran do seu país. | A cuarta feira, 9 de febreiro, o mandatario mexicano Ángel Manuel López Obrador demandou "unha pausa" nas relacións co Executivo español e coas súas empresas tras acusalas de ver o país azteca como "terra de conquista e saqueo" "Saqueábanos", aseverou López Obrador. O presidente mexicano sinalou que agora "non é boa a relación" e apostou por facer "unha pausa". Engadiu: "Eu creo que nos vai convir aos mexicanos e aos españois, desde logo ao pobo de México e ao pobo de España". O presidente mexicano fixo estas declaracións nunha rolda de prensa onde compareceu acompañado polo actual director xeral de Petróleos Mexicanos (Pemex) Octavio Romero Oropeza, quen na súa intervención referiuse á compra por parte de Pemex dos estaleiros de Barreras de Vigo, "que estaban en bancarrota e practicamente fechados e durante unha visita decidiuse rescatalos, comprando o 51%". "Como non chegaba ese diñeiro", continuou Romero "encargáronse uns barcos, chámaselles floteis [...] e cando se remataron de construír resultou que Pemex non os necesitaba. Encargáraselles nada máis para darlle o negocio e viabilidade aos estaleiros, polo que se decidiu vendelos. O curioso é que cando estes barcos se ofreceron no mercado ninguén quería pagar máis que a metade do que custou construílos". Romero asegurou que "nesta administración concluímos esa negociación conseguindo recuperar o investimento, pero foi indubidabelmente un pésimo negocio para Petróleos Mexicanos". A falla de que a petroleira pública dea a coñecer os datos da auditoría encargada para valorar a operación, o director da mesma confirmou que "Pemex nunca gañou un só centavo". As dúbidas pairaban sobre esta operación desde hai anos. En xuño de 2019, López Obrador anunciou que "estamos a revisar os contratos de empresas que se teñen con estaleiros españois, onde non había un trato xusto para Pemex". Na mesma liña, en febreiro de 2020, o xefe da Unidade de Intelixencia Financeira (UIF), Santiago Nieto Castillo, sinalou que existían dous casos por xudicializar contra Emilio Lozoya Austín, ex director xeral de Pemex, relacionados con Barreras. A compra de Barreras por Pemex foi negociada entre Feixoo e o máximo responsábel da compañía naquela altura, o propio Lozoya, para quen a Fiscalía mexicana solicita 39 anos de cárcere polo cobro de comisións á multinacional brasileira Odebretch, está sendo investigado tamén polo "caso Barreras". "Presuntos actos de corrupción" O xornal mexicano El Universal informou en febreiro de 2020 que Lozoya "forxou vínculos e negocios co político Alberto Núñez Feixoo, presidente da Xunta da Galiza, e a empresaria Mar Sánchez Sierra, tras a compra dun estaleiro a sobreprezo e mediante presuntos actos de corrupción" |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.