ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_18400
Unha, a raíña, criada na parroquia de Piadela, en Betanzos, de nome Sancha (1018-1067) é segundo o Cronicón compostelán, "filla do rei Afonso, á cal pertencía o reino". Outro, o rei consorte, un infante de Nafarroa e conde de Castela, Fernando I (1016-1065). Unha e outro asumiron o proxecto político do partido galego e levaron o reino cristián peninsular a un nivel de progreso e desenvolvemento moi importante. Os dous, continuadores do programa de Afonso V, ampliaron o Reino da Galiza cara ao sur, combateron con decisión as tentativas hexemonistas da nobreza castelá, impulsaron unha activa axenda lexislativa, promoveron de modo decidido a cultura e sentaron as bases para unha nova organización territorial do reino, que será recuperada no futuro polo seu neto Afonso VII O Emperador.
O 22 de xuño de 1038 foron coroados na catedral de León Sancha I e Fernando I como reis da Galiza. A súa proclamación produciuse após a morte en combate na batalla de Tamarón (Burgos) o 30 de agosto de 1037 do monarca Vermudo III. Neste caso, a condición rexia e a lexitimidade correspondeulle á raíña, conforme ao dereito galego, sancionado no Decreto do rei Afonso e da raíña Elvira, que fixou o dereito a herdar das mulleres. Sen ir máis lonxe, un dos piares da historiografía españolista, Claudio Sánchez de Albornoz, non dubidou en cualificar a Sancha como "a lexítima raíña de León". O historiador Francisco Rodríguez sinala que "o matrimonio de Sancha con Fernando, previo ao conflito co seu irmán Vermudo III e a morte deste en combate sen descendencia lexítima, converteuna en herdeira do reino e o seu esposo en rei, por ese motivo, da Galiza e León, co apoio de gran parte da clase dirixente interna". Nesta mesma liña, Camilo Nogueira escribe que "Sancha foi a raíña ou emperatriz da Gallaecia", significando Anselmo López Carreira que "só a voda con Sancha e a súa conseguinte instalación en León converten a Fernando en rei". Nunha mesma dirección, fóra do ámbito galego, o investigador leonés Ricardo Chao, afirma "que Sancha era a raíña legal, compróbase en multitude de documentos". A morte de Vermudo III e a entronización de Fernando e Sancha non representou unha ruptura radical co período anterior. A este respecto, López Carreira explica que "a brusquidade con que remata o reinado de Vermudo III fomenta a crenza -non pouco interesada- nun salto histórico significativo nesa data, cando o certo é que non se acomete entón ningunha nova que non estivese xa iniciada e incluso os novos monarcas (Sancha e Fernando) despregaron unha estratexia tendente a desatascar a continuidade dinástica e política". Neste sentido, destaca que "a sucesión non supuña interrupción dinástica ningunha, continuada na persoa da súa irmá". Uns monarcas galegos Fernando e Sancha actuaron como monarcas galegos durante os 40 anos de reinado. Malia ter nacido o primeiro na corte de Nafarroa, como fillo do rei Sancho Garcés III e de Mumadona, e ocupar como primeira responsabilidade o condado de Castela, asumiu o programa do partido galego, no que foi educada a súa esposa, Sancha, filla dos monarcas Afonso V e Elvira Mendes, unha muller da casa dos Goterres, criada en Piadela (Betanzos) por Fronilde Gundemáriz, filla do antigo aio de Vermudo II, Sueiro Gundemáriz, curmá de Rodrigo Romáriz. Resulta clarificadora a oposición que atopou o programa político de Fernando e Sancha na área castelá Francisco Rodríguez define a Fernando I como "un rei de procedencia navarra, antes de conde de Castela, totalmente integrado e activo no reino da Galiza polo seu matrimonio con Sancha e por estar sustentado finalmente na parte máis poderosa da nobreza laica e eclesiástica galega". Nesta liña, resulta clarificadora a oposición que atopou o programa político de Fernando e Sancha na área castelá e a súa firmeza na defensa dos intereses da Galiza nuclear. O histórico litixio entre a nobreza da Galiza nuclear e a oligarquía castelá aliada coa navarra viviu un novo capítulo neste período. As aspiracións castelás de alterar a correlación de forzas no reino galego e atopar un novo status político, canda as demandas expansionistas de Nafarroa, decidida a conseguir a hexemonía no ámbito cristián peninsular, foron a antesala doutro choque bélico. Neste contexto, librouse en 1054 a batalla de Atapuerca (Burgos), onde as tropas galegas e leonesas lideradas por Fernando I derrotaron as forzas coligadas de Castela e Nafarroa, ficando morto no campo de batalla o irmán do rei galego e monarca do reino pirenaico, García Sánchez III. Fernando e Sancha nunha miniatura do 'Corpus pelagianum'. (Foto: Biblioteca Nacional de España) López Carreira considera que "a batalla de Atapueca constitúe un momento crítico na opción de Fernando e Sancha a prol da continuidade galego-leonesa fronte á hexemonía navarra". A este respecto, apunta que "o contencioso con Nafarroa, que eles herdaban na súa condición de reis da Galiza, resólvese polas armas, pese a que García de Nafarroa, a quen agora tocou morrer violentamente, era irmán de Fernando. Resolvíase así a disputa sobre a soberanía do condado de Castela". Precisamente, neste enfrontamento formaron no exército galego moitos nobres partidarios de Vermudo III, que viron en Fernando e Sancha a expresión do vello proxecto do partido galego. Fernando e Sancha despregaron unha intensa actividade lexislativa destinada a continuar o proceso de reformas comezado polo avó da raíña, Vermudo II, e polos seus pais, Afonso V e Elvira Mendes. Nesta liña, a maiores daquelas medidas dirixidas a mellorar o funcionamento da administración civil e fortalecer o poder rexio, destacaron as iniciativas dedicadas a promover mudanzas no ámbito relixioso, na liña das orientacións procedentes da abadía francesa de Cluny, con que asociaron a monarquía galega desde 1058. Os concilios de Collanza e Compostela son a expresión máis evidente deste proceso Os concilios de Collanza e Compostela son a expresión máis evidente deste proceso. O primeiro deles desenvolveuse en 1055 nese núcleo de Valencia de Don Juan (León), cuxa señoría correspondía a Sancha. Contou coa presenza de nove bispos, correspondéndolle a presidencia do mesmo aos monarcas e a dirección dos traballos ao bispo compostelán Cresconio. No mesmo, acordouse impulsar a regra dos bieitos para todos os mosteiros e adoptar como oficial o rito romano, no que se explicou como un achegamento da monarquía galega ao papado. A Escola catedralicia de Compostela Os concilios de Compostela de 1060 e 1063 representaron un forte impulso á promoción da educación e á consolidación do aparato lexislativo erguido por Afonso V e Elvira Mendes. Así, no primeiro dos encontros, acordouse estabelecer escolas en todos os mosteiros e en todas as parroquias diocesanas e canónicas da Galiza, na liña da escola catedralicia de Compostela, onde se formaron, entre outros, o rei García I ou o bispo de León, Paio. Pola súa parte, no segundo, aprobouse a obrigatoriedade de xulgar conforme as normas recollidas no Foro de León e fixouse unha serie de disposicións sobre a vida relixiosa, entre elas a prohibición de usar armas aos clérigos ou o xaxún da sexta feira. O bispo compostelán Cresconio non foi só a peza chave nestes concilios, senón que destacou como un dos conselleiros de máis influencia dos monarcas. Segundo Camilo Nogueira, "Cresconio procedía posibelmente da familia de Mendo Gonzálvez [Goterres] e dos Trava", acrecentando que "interveu desde Santiago nos asuntos de todo o reino; educou o futuro rei García por mandato da súa nai Sancha; participou na segunda toma de Coimbra no ano 1064; loitou contra os normandos...; amurallou Compostela, cun trazado que aínda define a cidade actual. Creconio chegou a ser excomungado por Roma no concilio de Reims de 1049, ante o temor ao poder de Compostela e o uso do título de bispo da sé apostólica". Tomou cara ao sur localidades como Viseu, Lamego ou Coimbra O Reino da Galiza en tempos de Fernando e Sancha chegou desde o Atlántico até Castro Urdiales en Santander e desde o Cantábrico até o Mondego, incorporando as terras de Castela a Vella e do Alto Ebro. Neste sentido, tomou cara ao sur localidades como Viseu, Lamego ou Coimbra, na área galega portuguesa, Gormaz e Aguilera en Soria ou Berlanga en Badaxoz. Na mesma liña, converteu en tributarias da Galiza as taifas de Zaragoza, Toledo, Sevilla e Badaxoz, lanzando campañas militares contra Paterna ou Valencia, cuxa conquista significaría dividir en dous a España musulmá. Os monarcas acometeron no seu testamento unha nova organización territorial do espazo cristián peninsular. Así, en 1063, deron conta da súa intención de dividir o reino entre os seus fillos, outorgando a Sancho Castela e a taifa de Zaragoza; a Afonso León e a taifa de Toledo e a García, Galiza, desde o Cantábrico até o Mondego, e as taifas de Sevilla e Badaxoz. A este respecto, Francisco Rodríguez sinala que o reinado de Sancha e Fernando "marca un fito na Gallaecia extensa, romana e sueva, conforme a concretarse en realidades políticas máis diferenciadas conforme a nomes máis particulares". Francisco Rodríguez entende que esta decisión responde á necesidade de "acomodar a estrutura política á realidade do poder desde unha perspectiva social, demográfica e territorial". Nesta liña, aténdense as demandas "de clases dirixentes diferentes", que durante os séculos anteriores mantéñense en permanente conflito, como fica claramente certificado ao longo do século X e nas primeiras décadas do século XI. Precisamente, Sancha e Fernando coñeceron de primeira man esta realidade, debendo enfrontar as rebeldías da nobreza castelá. Así as cousas, as novas realidades políticas responden "á extensión das clases dirixentes" e "ás ideas protonacionais presentes". A división do reino cristián en 1157 entre Castela por unha banda e Galiza e León por outra atende as reivindicacións das clases dirixentes galegas O proxecto político de Fernando e Sancha foi recuperado no século seguinte polo seu neto Afonso VII. Neste caso, a historiografía coincide en que a división do reino cristián en 1157 entre Castela por unha banda e Galiza e León por outra atende as reivindicacións das clases dirixentes galegas. Nesa dirección, os investigadores responsabilizan a Fernán Pérez de Traba, persoa de confianza de Afonso VII e aio do seu fillo Fernando II, de ser un dos grandes promotores desta alternativa. O programa político de Sancha Sancha e Fernando destacáronse polo grande apoio á educación e á cultura. A este respecto, resultan paradigmáticos os pactos adoptados no concilio de Compostela de 1060, onde se acorda promover escolas en todos os mosteiros e en todas as parroquias diocesanas e canónicas da Galiza. Neste sentido, destaca a creación da Escola catedralicia de Compostela, fundada moito antes do Estudo xeral de Salamanca, promovido polo rei galego Afonso VIII e da Igrexa de Compostela, encargada de dotala de mestres e normas. Gallecia e Spania no mapamundi do libro 'Etimoloxías de San Isidoro' de 1047, encargado por Sancha. (Foto: Nós Diario) Camilo Nogueira lembra que "a escola de Santiago constituíuse como o primeiro estudo da península, unha institución capacitada para volverse en universidade como París e Boloña. Nela formáronse príncipes como García, chanceleres do reino e bispos como Paio, bispo de León, Diego Xelmírez ou máis adiante Pedro Suárez de Deza, bispo de Salamanca, arcebispo de Santiago e chanceler real con Fernando II. Sábese que a raíña Sancha fixo que o seu fillo García recibise a educación na Escola de Compostela a partir de 1053". Os monarcas promoveron importantes obras artísticas e literarias. Así, entre estas, destacan a edición do Comentario á Apocalipse de Beato de Liébana de 1047, as Etimoloxías de San Isidoro dese mesmo ano, o Libro de Horas de 1055 e o Libro de Cánticos de 1059. A este respecto, a profesora da Universidade Complutense de Madrid Sandra Saénz López-Pérez sinala que "segundo se desprende, sen restar importancia ao patrocinio artístico e literario de Fernando, a raíña Sancha distínguese máis que o seu esposo como promotora e propietaria de códices". O Libro de Horas, o máis antigo de todos canto se conservan na Galiza, ten una significación especial. O volume, custodiado pola Universidade de Santiago de Compostela, foi promovido en exclusiva pola raíña Sancha, como obsequio para o seu esposo ou para o mosteiro de San Martiño Pinario. Neste sentido, López Ferreiro dá por feito que a súa elaboración correspondeu á Escola de Compostela, sendo o escribá Pedro, que aparece nun gravado canda os monarcas, un destacado copista deste obradoiro. O Iberus, actual Ebro, que aparece como fronteira divisoria entre "Gallecia", denominación do reino cristián peninsular, e "Spania", area ibérica gobernada polos musulmás Sandra Saénz López-Pérez considera que os mapamundi recollidos na copia do Comentario á Apocalipse de Beato de Liébana e as Etimoloxías de San Isidoro recollen a visión mundo dos monarcas. Nesta dirección, destaca pola súa calidade artística a cartografía do libro Etimoloxías de San Isidoro, encargado por Sancha para a educación dos seus fillos. Neste sentido, alén do Nilo ou dos grandes ríos dos evanxeos, ocupa un lugar central o Iberus, actual Ebro, que aparece como fronteira divisoria entre "Gallecia", denominación do reino cristián peninsular, e "Spania", area ibérica gobernada polos musulmás. O mapamundi non deixa dúbidas de que naquela altura "Gallecia" e "Spania" denominan realidades diferentes, e contrapostas, fixando con claridade que o Reino da Galiza ocupaba o lugar hexemónico en toda a área norte da península ibérica. Así, resérvase a denominación "Gallecia" para referirse á area peninsular de matriz cristiá, mantendo "Spania" para nomear os territorios de cultura musulmán, seguindo a tradicional diferenciación presente na práctica totalidade da cartografía e da documentación árabe e europea medieval. A cartografía de Dona Sancha é a expresión do seu proxecto político, no que a Galiza exerce o papel reitor no contexto do espazo cristián ibérico. Nesta dirección, destaca no mapa a ausencia dalgunha referencia a Castela ou León, de xeito semellante ao que acontece coa totalidade das representacións cartográficas do momento, o que evidencia a primacía a Galiza.
PRAZA_6734
Stop Desafiuzamentos manifestouse esta mañá ante varias sedes do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Galicia no primeiro acto coordinado dos diferentes colectivos para denunciar a negativa da Xunta a desbloquear as vivendas anunciadas por Feijóo para persoas desaloxadas.
Stop Desafiuzamentos manifestouse na mañá deste venres simultaneamente nas delegacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Compostela, A Coruña, Ourense e Lugo, así como ante o edificio administrativo da Xunta en Ferrol. Nunha acción coordinada, activistas do colectivo e cidadáns quixeron "denunciar publicamente" o "abandono" por parte do IGVS "das súas responsabilidades con respecto ás familias e persoas desafiuzadas" e demandaron que se "cumpra o dereito a unha vivenda digna e adecudada", en especial para as persoas máis vulnerábeis e sen recursos. Stop Desafiuzamentos de Lugo, A Coruña, Ourense, Compostela e Ferrol levaron a cabo a primeira acción conxunta dos colectivos en Galicia Nesta primeira acción simultánea e coordinada entre os diversos colectivos, Stop Desafiuzamentos pregunta sobre todo ao Goberno que foi das 500 vivendas que, segundo as medidas aprobadas e anunciadas pola propia Xunta, a Administración autonómica dispón por todo o país para as persoas afectadas por desaloxos ou execucións hipotecarias e reclama que se faga pública a listaxe do parque de vivenda social baleira que hai nas diferentes cidades e vilas para a xente necesitada. Segundo os colectivos, tan só se entregaron 33 desas 500 malia haber unhas 5.000 solicitudes. Entre berros de "aquí está a cova de Alí Babá", "desafiuzar o Partido Popular", "desafiuzamento no Parlamento" ou "Xunta de Galicia, ladrón de vivendas", foron varias ducias de membros de Stop Desafiuzamentos os que se manifestaron nas diferentes cidades para pedir "solucións prácticas" a un "problema de emerxencia habitacional" como o que ten Galicia nunhas concentracións apoiadas por BNG, EU, Anova ou Podemos. Os colectivos antidesafiuzamento de Galicia xustifican que sexa o IGVS o destinatario das súas protestas, xa que "é precisamente a Xunta a institución pública máis cinicamente inoperativa de todas cantas teñen competencias en materia de vivenda no país e o IGVS a súa ferramenta fundamental para vulnerar os máis elementais dereitos humanos". Stop Desafiuzamentos denuncia que Feijóo anunciou un programa de realoxo con 500 vivendas hai case dous anos do que nada se sabe Tal e como lembra Stop Desafiuzamentos, en maio de 2012 a Xunta publicitou un decreto "para paliar os efectos da crise" sobre as familias desafiuzadas. Non obstante, e segundo denuncian os distintos colectivos, "nada se sabe dalgún caso no que se teña conseguido aplicar este decreto". Pouco máis tarde, en decembro dese mesmo ano, o propio Núñez Feijóo anuncia un Programa de Realoxo dotado inicialmente con 500 vivendas e que foi aprobado no Consello da Xunta, pero exemplos, como o acontecido na Coruña, mostran que a eficacia é nula ou incomprobable. As vivendas deste tipo que se solicitaron na Coruña co apoio de asociacións antidesafiuzamentos foron todas denegadas, malia que varias novas aseguraran que se concederan 33 adxudicacións das que ningún dato se sabe. Xa en xaneiro de 2013, segundo os diferentes colectivos, o director do IGVS comprometeuse con Stop Desafiuzamentos do Barbanza a que ningunha familia quedase sen dereito a unha vivenda digna, ao igual que fixo algo máis tarde co colectivo en Compostela. Non obstante, e segundo denuncian, "o único exemplo que se coñece no que o IGVS concedeu unha vivenda foi o de Aurelia Rey". "Porén, a partir dese momento, non concedeu vivenda a ningunha das persoas que a solicitaron apoiadas polos distintos colectivos antidesafiuzamentos galegos", lembraron os diferentes movementos, que aseguran que datos do propio IGVS aseguran que tan só na provincia da Coruña hai 5.000 persoas baixo o limiar da pobreza e en grave risco de exclusión social. Xa en abril de 2013, Feijó anuncia a sinatura dun convenio entre Xunta, concellos e Poder Xudicial para "adoptar medidas de carácter social" e "mobilizar as 500 vivendas que a Xunta ten a disposición das familias desafiuzadas". "Non se soubo máis do tema e non temos coñecemento de ningún caso no que se teña activado este protocolo, e iso que o solicitamos varias veces", denuncian os diferentes colectivos, que lembran que a Xunta tamén emitiu unha orde en maio de 2013 pola que se determina como colectivo de atención preferente con axudas excepcionais ás persoas afectadas por execucións hipotecarias no marco do Programa Aluga. "Tampouco coñecemos caso ningún na que unha persoa desaloxada fose acollida por este programa", insisten. Nese abril de 2013, o propio Goberno asumiu que só nove vivendas estaban ocupadas por persoas desafiuzadas. "Mentiras e máis mentiras e rir na cara das persoas desesperadas", denuncian desde Stop Desafiuzamentos "Mentiras e máis mentiras e rir na cara de persoas desesperadas ás que lles acaban de quitar o máis elemental para ter unha vida minimamente estable, unha vivenda", insisten os colectivos, que denuncian que as institucións "estean a incorrer nun obsceno desleixo de responsabilidades cunhas consecuencias dunha gravidade intolerábel". Os diferentes colectivos de Stop Desafiuzamentos poñen ademais varios exemplos sobre este desleixo, como o feito de que na Coruña o IGVS lle denegue unha vivenda pola vía de emerxencia a unha meuller enferma de fibromialxia e ao coidado da súa nai ou o caso de Elisabeth Salnés, en circunstancias semellantes. En Ourense, tamén se lle negou un inmoble a outra muller vítima de violencia machista, diagnosticada de trastorno depresivo e ao cargo dun fillo e dúas fillas, unha delas cunha minusvalía do 38%. Ademais, en Compostela unha familia de Aríns de seis membros foi estafada pñor un prestamista, mentres segue a esperar unha solución que tampouco chega de ningures. "A vivenda non é unha propiedade, senón un dereito básico recollido no artigo 47 da Constitución. Pero o IGVS e a Xunta so saben dun dereito, o dereito á mendicidade, así que rexeitan cumprir cas súas responsabilidades e manteñen 300.000 vivendas baleiras en Galicia", aseguran os colectivos contra os desafiuzamentos, que lembran que "foi Feijóo o que ofreceu ás familias afectadas 500 vivendas para resolver os seus problemas. Nada sabemos delas". HABERÁ AMPLIACIÓN
NOS_26902
Foi unha entrevista tipo terceiro grao precedida dunha intensa polémica avivada desde as tres dereitas e a caverna mediática. Aconteceu en prime time na televisión pública española, mais na canle 24 horas. Otegi foi bombardeado unha e outra vez con cuestións máis propias dun xuízo do que dunha conversa xornalística. Todo preparado para a prensa convencional titular ao día seguinte coa non noticia: "Otegi non condena o terrorismo". E porén, o líder abertzale si deu un titular (el chamouno scoop, primicía en inglés): EH Bildu participará, esta quinta feira no Congreso, no minuto de silencio polas vítimas do terrorismo.
Non empregou Otegi a palabra condena para distanciar a esquerda aberztzale da loita armada nin tampouco o vocábulo perdón para expresar a solidariedade do independentismo vasco coas vítimas de ETA. En realidade, Otegi mantivo o discurso clásico da súa formación sobre o conflito entre un significativo sector da sociedade do seu país e o Estado español. O que si fixo foi pór en valor o traballo político feito para alcanzar a paz. "Fixemos unha cousa máis importante que condenar a violencia armada de ETA: contribuímos á súa desaparición". Sobre se sentía ou non a dor causada por esa violencia, Otegi apelou ás páxinas do seu libro, El tiempo de las luces, volume en que afirmaba que "sentía de corazón" se algunha vez no seu labor como portavoz da esquerda abertzale "xerara máis dor ás vítimas do necesario ou do que tiña dereito a facer". Otegi enfatizou que no conflito vasco hai vítimas en todos os lados, en alusión ás sufridas nas filas da esquerda abertzale a mans do terrorismo de estado, e nese sentido apuntou directamente a Felipe González: "Eu gostaría de que Felipe González algunha vez dixese que era o X dos GAL". A autoinculpación do histórico dirixente socialista non tería que levar aparellado o seu ingreso en prisión, considerou o líder de EH Bildu para exemplificar a súa aposta pola reconciliación e a pacificación. Que non se recorde a todas as vítimas —só as de ETA— é o argumento que deu Otegi para explicar por que os 4 parlamentares da coalición abertzale non estarán no acto de homenaxe que o Congreso vai realizar esta quinta feira. Porén, un dos deputados de EH Bildu, anunciou, si participará no minuto de silencio programado. Este xesto non ten precedentes e faino a coalición independentista basca "en sinal de respecto".
NOS_23449
A organización Manos Limpias pediu á Fiscalía xeral do Estado que ilegalice esta plataforma soberanista que pula pola independencia de Catalunya.
Manos Limpias pide a ilegalización da Assemblea Nacional Catalana perante a Fiscalía xeral do estado. Así mesmo, a organización denunciou a presidenta da ANC, Carmen Forcarell, á que acusan de "asociación ilícita, proposición á secesión e malversación de fondos públicos". A denuncia presentada pola organización ultra-dereitista prodúcese após encetar unha campaña mediática contraria á Assemblea Nacional Catalana (ANC). Neste senso, a pasada semana o diario madrileño El País acusaba o movemento cidadán dun "golpe de man á democracia representantiva". O xornal apuntaba directamente contra a ANC como motor do movemento soberanista catalán, nun momento en que os inquéritos apuntan un notábel incremento dos apoios á independencia. O ex-director de La Vanguardia asegurou nunha emisora de radio catalá que o Ministerio de Xustiza estaría a estudar unha posíbel ilegalización da ANC A pasada semana, o ex-director de La Vanguardia, José Antich, asegurou nunha emisora de radio catalá (RAC-1) que o Ministerio de Xustiza estaría a estudar unha posíbel ilegalización da ANC após coñeceren a folla de rota deseñada pola plataforma perante unha hipotética prohibición do referendo de autodeterminación convocado polo Govern de Catalunya para o 9 de novembro. Nos últimos días, a ANC defendeu a ponencia que será, agás mudanzas de última hora, aprobada na súa Asemblea Xeral o 5 de abril, e na que visan a proclamación da independencia de Catalunya o 23 de abril de 2015. Desde a Assemblea, a súa presidente, Carmen Forcarell, lembrou que a entidade actúa sempre movida por "medios pacíficos e democráticos" e acusa aos poderes fácticos de estaren a desenvolver unha campaña de "terxiversación" informativa. O músculo do proceso soberanista Desde 2009 a Assemblea Nacional Catalana desenvolve unha intensa campaña a prol da independencia de Catalunya. Ao longo destes anos converteuse no reflexo dun músculo social cada vez maior a prol do dereito de autodeterminación do pobo catalán. Recentemente foi a entidade organizadora das masivas mobilizacións decorridas con motivo da Diada e que sacaron á rúa millóns de persoas en defensa do dereito a decidir. Na actualidade, centran as súas accións na recollida de apoios á consulta do 9 de novembro, unha campaña que está a colleitar numerosas sinaturas entre a poboación catalá.
NOS_58277
O cineasta Alberte Branco dirixe a 1ª Escolma de Cinema Galego en Sarria, que terá lugar os días 26, 27 e 28 de febreiro na Casa da Cultura.
A Casa da Cultura de Sarria acollerá os próximos días 26, 27 e 28 de febreiro a 1ª Escolma de Cinema Galego en Sarria, unha completa mostra que achegará as novas linguaxes do Cinema Galego á veciñanza do concello de Sarria e dos concellos limítrofes. Trátase da primeira mostra que se focaliza exclusivamente no novo cinema que se está a facer en Galiza e que, baixo a marca "Novo Cinema Galego", está sendo recoñecido dentro e fóra das nosas fronteiras como unha nova corrente contemporánea e vangardista que acada ano tras ano multitude de premios a nivel internacional. En palabras do director da Escolma, o cineasta Alberte Branco, "na última década, o Cinema Galego tivo un espertar que permitiu que agromara moita da creatividade latente" e, así, "non só se incrementou a cantidade e a calidade dos productos audiovisuais, senón que tamén se desenvolveron novas linguaxes na creación cinematográfica, transitando e dialogando dende o local ao global". Porén, o público apenas coñece os filmes e cineastas que están conquistado os xurados dos principais certames internacionais. "Unha das eivas que ten o actual sistema de distribución", explica Branco, "é que non permite ao público galego coñecer e valorar a creatividade que existe no propio país". "Moitos destes filmes", engade, "a pesar de ser apoiados con recursos públicos, non atopan circuitos e plataformas estábeis que permitan que a sociedade reciba unha parte do invertido". A 1ª Escolma de Cinema Galego en Sarria nace co obxectivo de levantar esa barreira, visibilizando a creación audiovisual contemporánea e diversificando a ampliando a actividade cutural do concello de Sarria. Un concello, que a pesar de ter unha poboación media e de contar ao longo da súa historia con ata media ducia de salas de proxección, na actualidade carece de cine. A 1ª Escolma de Cinema Galego en Sarria encherá ese oco este mes de febreiro cunha completa programación de proxeccións, mesas redondas e actividades paralelas que converterán a vila luguesa no epicentro do cinema galego máis innovador e rompedor. O director da cita, Alberte Branco, asegura que tanto o tecido asociativo como a memoria colectiva de Sarria estarán presentes na mostra, da que nos próximos días se coñecerán máis datos. Todas as actividades da Escolma, que está organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Sarria e pola Area de Cultura da Deputación de Lugo, serán de acceso libre e gratuíto.
PRAZA_10228
O ata agora alcalde Jesús Vázquez, único rexedor popular das sete cidades, baixa de 10 a 7 edís, mesmos concelleiros que gañan os socialistas, con Democracia Ourensana de novo como árbitro da estabilidade
O ata agora alcalde Jesús Vázquez, único rexedor popular das sete cidades, baixa de 10 a 7 edís, mesmos concelleiros que gañan os socialistas, con Democracia Ourensana de novo como árbitro da estabilidadeA inestabilidade política chegou a Ourense para quedarse da man de Democracia Ourensana. Se no anterior mandato a formación de Gonzalo Pérez Jácome foi quen de condicionar cos seus 8 concelleiros a alcaldía que ostentou o popular Jesús Vázquez con 10 edís, desta volta todo apunta a que fará o mesmo co socialista Rafael Rodríguez Villarino, que con 9 concelleiros é a lista máis votada e como tal levará a alcaldía a non ser que se produza un pacto entre PP e Democracia Ourensana.A inestabilidade dos últimos catro anos custoulle ao ata agora rexedor, o popular Jesús Vázquez, a perda de tres concelleiros, pasando de 10 a 7, mesma contía que veñen de gañar os socialistas, que pasan de 6 a 9. Democracia Ourensana perde un escano, baixando de 8 a 7, pero segue a manter un considerable 21,5% dos votos que lle permiten ser chave en posibles pacto. As seguintes formacións, Ciudadanos e BNG, que entran na corporación por Ourense en Común, obtiveron dous edís cada unha, contía insuficiente para poder influír en ningunha posible alianza. Se non hai ningún acordo, o alcalde será directamente o candidato da lista máis votada, o socialista. No caso de haber pactos, estes terían que sumar maioría absoluta, o que se conseguiría só sumando os edís de PP e DO, ou de DO e o PP. Este mesmo domingo, como hai catro anos, Jácome xa dixo que quere ser alcalde. Non semella que nin Jesús Vázquez llo vaia facilitar a Jácome, nin Jácome a Jesús Vázquez tras catro anos de duros enfrontamentos. Pero todo podería cambiar se Democracia Ourensana pode xogar algún papel tamén para decidir quen queda coa Deputación e se produce algún tipo de intercambio de apoios.
NOS_18991
Em 2018 a população portuguesa decresceu em 14,4 mil habitantes a respeito do ano anterior. A queda não foi maior graças à entrada no país de novas pessoas imigrantes.
Portugal cada vez tem menos gente. Chegou a finais de 2018 com um censo de 10.267.617 habitantes, o que supõe 14,4 mil menos do que registava em 2017. De acordo com os dados do Instituto Nacional de Estatística (INE), em 2018 o número de mortes superou ao de nascimentos em 25.980. A taxa de decrescimento populacional (o eufemismo que utilizam as autoridades é o de crescimento negativo) vigora no país desde 2010. Porém, nos últimos anos esse decrescimento tende a se atenuar graças a que o saldo migratório (a diferença entre pessoas que saem do país e que entram nele) está a ser positivo, até se situar em 11.570 indivíduos. Em 2018 Portugal recebeu 43.170 imigrantes, quase 6 mil entradas mais do que em 2017. Quanto às previsões para o futuro, as notícias são sombrias. O INE prognostica que em apenas 14 anos, em 2033, Portugal cairá por debaixo do limiar dos dez milhões de habitantes. A queda, aparentemente imparável, poderia levar o país vizinho a ficar em 7,9 milhões de pessoas por volta de 2080. O problema básico é que não há garantia de relevo geracional: o número médio de nascimentos por mulher em idade fértil está situado em 1,41, a grande distância dos 2,1 que seriam precisos para a população não decrescer. A estatística foi ainda pior em 2013, durante o período mais cru da crise, em que esse valor ficou situado em 1,21. Cada dia menos população e cada dia mais velha. 21,8% do total já está por cima dos 65 anos e a idade mediana ficou situada em 45,2 anos, 2,1 mais que essa mesma cifra no conjunto da UE.
NOS_21696
A cifra total de persoas hospitalizadas na Galiza pola Covid-19 ascende a 420, das que 49 permanecen en unidades de coidados intensivos
As persoas con COVID-19 ingresadas en hospitais da Galiza experimentaron nas últimas 24 horas outro repunte, con 11 hospitalizacións máis, co que a cifra alcanza os 420. Delas, 49 están en UCI ─tres máis que un día atrás─ e 371 noutras unidades de hospitalización ─oito máis─. Así se desprende na información actualizada na web da Consellería de Sanidade na mañá deste domingo, con datos recollidos até as 18,00 horas do sábado. Segundo estes, a área sanitaria con maior número de ingresados é a de Ourense-Verín-O Barco que, con todo, continúa a súa tendencia á baixa. En concreto, ten 103 pacientes COVID ingresados ─catro menos─, dos que 13 están en UCI ─uno máis─. Pola contra, a área que experimenta un maior repunte é a de Santiago e Barbanza, até 80 ─seis máis que hai 24 horas─, das que nove permanecen na UCI. Pola súa banda, na área de Ferrol as persoas hospitalizadas con COVID-19 subiron até os 33, cinco máis que as comunicadas este sábado. Delas, hai catro ─un máis─ en coidados intensivos. Na área sanitaria de Vigo, subiron en dúas, até as 59, as pacientes con coronavirus ingresadas, das que se manteñen en UCI sete; mentres que na Coruña son un total de 70 ─unha máis─, das que outras sete están en unidades de críticos. Tamén ascenderon as hospitalizacións na área de Lugo-A Mariña-Monforte, até as 27 ─tres máis─. Destas, dúas atópanse en UCI ─unha máis que as comunicadas o sábado--. Pola contra, a única área sanitaria que anotou un descenso nos ingresados con COVID-19 é a de Pontevedra-O Salnés, que conta con 48 ─dous menos--, sete deles en coidados intensivos.
NOS_56037
Máis dun terzo dos casos da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras está vinculado a residencias de maiores.
Cada día, o boletín emitido pola Consellaría de Sanidade dá conta do número de persoas contaxiadas, altas hospitalarias ou falecementos relacionados coa COVID-19. O paulatino descenso na expansión da enfermidade, cunha menor porcentaxe de novos casos e a redución de ingresos nas Unidades de Coidados Intensivos, semella confirmar que o "pico", como sinalou o ministro de Sanidade Salvador Illa, ficou atrás. Non obstante, as áreas sanitarias non rexistran unha evolución similar da epidemia. Examinando os datos dos contaxios por cada área, tal e como os desglosa o propio Sergas, e o número de persoas as que atende cada unha destaca o feito de que a incidencia da enfermidade na de Ourense, Verín e Valdeorras practicamente duplica a das restantes. Na área de Ourense rexistráronse 390 casos por cada 100.000 habitantes Esta área atende, segundo os datos da última memoria do Sergas de 2018, a 304.791 persoas, das que 1.187 deron positivo por coronavirus. Isto é, 390 casos por cada 100.000 habitantes, fronte aos 230 da área da Coruña e Cee; os 225 da área de Vigo e o Salnés ou os 189 da de Ferrol. Na área sanitaria de Lugo, que atende un total usuarias similar á de Ourense, 318.467, a incidencia é de 185 casos por cada 100.000 persoas. As residencias no foco De todas as áreas sanitarias galegas, a de Ourense, Verín e Valdeorras atende á poboación máis envellecida. Nela, as maiores de 65 anos supoñen máis dun terzo das usuarias. Tamén, o abano de idade máis fráxil ante un contaxio pola COVID-19. Así mesmo, a área concentra a maior parte das residencias de maiores da Galiza, un total de 101 das que 85 son de titularidade privada e máis dun terzo dos positivos en centros maiores de todo o país: 433 en total. Os contaxios en residencias de maiores tamén suman máis dun terzo dos totais na área de Ourense, Verín e Valdeorras: 36,48%; 311 entre usuarias e 122 entre persoal. Os contaxios en residencias suman máis dun terzo dos totais na área Desde o inicio da epidemia, a Consellaría de Política Social confirmou 24 falecementos nestes centros, aos que habería que agregar as mortes que tiveron lugar en centros hospitalarios mais das que Sanidade non ofrece detalle. En total, na área faleceron 57 persoas segundo a Consellaría. Actualmente, o maior foco de contaxios sitúase na cidade das Burgas, na residencia A Nosa Señora da Esperanza, xestionado pola Fundación San Rosendo, que onte sumaba 101 positivos entre as residentes e 35 entre as traballadoras. Porén, foi o centro A Nosa Señora de Fátima, do que é titular unha fundación do mesmo nome en Valdeorras, o que a Xunta decidiu intervir. Unha medida denunciada pola CIG ante Inspección de Traballo na xornada de onte. Na denuncia, a central sindical detalla a falta de formación en prevención ou a carencia de áreas delimitadas para albergar a persoas contaxiadas e outras para as sas. O sindicato apunta a que a dirección do centro "é a mesma da empresa privada e a responsábel do centenar de contaxiados que motivou a suposta intervención". A CIG xa presentara outra denuncia o 25 de marzo polo "caos organizativo" na xestión da epidemia na rede residencial.
NOS_29822
Exixen compromisos e medidas para garantir actividade e emprego nun sector que na Galiza emprega por volta de 5.000 persoas e que atravesa unha grave crise. A marcha estaba convocada polos comités de de empresa de Alcoa, Ferroatlántica, Celsa Atlantic.
Esta semana coñecíase que había unha oferta firme para comprar a planta de Alcoa da Coruña e que Villar Mir quería vender Ferroatlántica a un fondo estadounidense por 170 millóns de euros. Dúas noticias que atinxen dúas das principais empresas do sector electrointensivo na Galiza, unha industria que nestes meses está con pé e medio nunha crise que cuestiona o seu futuro. Na Galiza, a viabilidade deste sector -unha ducia de empresas e cinco mil empregos directos- volveu ser defendida este sábado nas rúas da Coruña nunha manifestación convocada polos comités de empresa de Alcoa, Ferroatlántica, Celsa Atlantic. "Por un futuro para a industria electrointensiva" era o lema que exhibia a faixa que abría a mobilización. Centos de persoas participaron nesta marcha, na que se reclamou compromisos e medidas para garantir a actividade e emprego nesta industria. Contra a desertización industrial da Galiza e na demanda dunha tarifa eléctrica competitiva. Sindicatos como CIG, CCOO e UXT apoiaron a mobilización. O secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, defende avanzar na elaboración dun novo marco regulador da enerxía que garanta a viabilidade deste sector industrial. Reclama "a aprobación inmediata do estatuto do consumidor electrointensivo" . Afirma que en tanto non haxa unha solución neste camiño que dea estabilidade ao sector, "o goberno español non pode aprazar unha saída para as fábricas de Alcoa, que pasa pola adquisición pública das plantas, tal e como dende a CIG temos demandado". MANIFESTACIÓN!#alcoanonsepecha pic.twitter.com/6a2X0frtNs— Alex Sande (@AlexandreSande) 8 de xuño de 2019 Na mobilización estiveron presentes representantes de diferentes organizacións, como Xosé L. Rivas 'Mini' (BNG), Yolanda Díaz (Galicia en Común), Luis Villares (En Marea) ou Marta Rivera (Ciudadanos). Quen son? O sector electrointensivo compóñeno aquelas industrias que teñen un alto consumo enerxético, que pode representar até máis de 50% dos seus custos de produción. Na Galiza son, no principal, por volta dunha ducia de industrias: tres grupos galegos (Finsa, Megasa, Tojeiro) e compañías con plantas produtivas na Galiza (Ferroatlántica, Alcoa, Celsa Atlantic, SLG Carbón) As reformas do sector eléctrico aprobadas polo goberno do Partido Popular en 2013 alteraron o escenario da industria electrointensiva. Implántase unha poxa de interrompibilidade que na práctica é, como denunciara de Xoán Xosé Bouzas Aboi, secretario de CIG-Industria, unha "ruleta rusa". Esta medida, mantén, fomenta a competencia desleal entre empresas do mesmo sector produtivo, outorgando prezos de electricidade moi dispares e cuxas consecuencias máis graves tradúcense no que acontece en Alcoa e Ferroatlántica.
NOS_42079
A máis veterana das revistas literarias galegas, Dorna, vén de publicar o seu número anual, o 41. Poesía, narrativa curta, tradución, escrita dramática e poéticas compoñen este repositorio de voces novas e consagradas situadas en pé de igualdade.
A tradución dos poemas dedicados a Xénova e as vilas das Cinco Terras -na costa ligur- polo poeta Eugenio Montale (Xénova, 1896-Milán, 1981) protagonizan xustamente a sección Voces de Fóra. A versión é doutro poeta, neste caso o ceense Miro Villar, quen sitúa Montale entre os seus "poetas de cabeceira". Entre os inéditos incluídos no exemplar, poemas dalgunhas das autoras máis relevantes da actualidade: María do Cebreiro, Gonzalo Hermo, Ismael Ramos, Lara Dopazo, Celso Fernández Sanmartín, Miriam Ferradáns ou María Lado. Tamén hai espazo para poetas aínda sen libro individual, como Afra Torrado, Olalla Tuñas, Quico Valeiras, Belén Senín, Paula Antía Rey ou Ana Varela. No apartado dedicado á prosa participan Ana Cabaleiro, Xavier Queipo, Xosé Carlos Carracedo, Rexina Vega e Anna Figueiredo. Das escritas dramáticas encárganse Paula Carballeira e Esther Carrodeguas. Finalmente as poetas Olga Novo e Claudio Rodríguez Fer achegan as súas consideracións sobre poética: Eu Camile, ti André. / Eu André, ti Camille e Diálogos imposíbeis, respectivamente. Dorna 41 aparece ilustrada con imaxes de Benxamín Otero. A revista Dorna, de subtítulo Expresión literaria galega, naceu en 1981 da man da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa. No segundo número pasou á cátedra de Filoloxía Galega da Univesridade de Compostela, que a cntinúa editando canda a Secretaría Xeral de Política Lingüístca. A dirección corre a cargo de Ramón Lourenzo, a secretaría de Alba Cid, quen, con Ismael Ramos, conforma o actual comité de redacción da publicación.
PRAZA_5750
Ataque Escampe publican o seu cuarto LP, Disco Vermello (Discos da Máquina), un álbum repousado, que interroga o presente ollando cara atrás, preguntando "en que momento se torceron as cousas?". Falamos con eles.
Ataque Escampe publican o seu cuarto LP, Disco Vermello (Discos da Máquina), un álbum repousado, que afonda en novos terreos musicais con bases electronicas, soul e algo de dubstep, que interroga o presente ollando cara atrás, preguntando "en que momento se torceron as cousas?". Un disco de resistentes, de perdedores e perdedoras que, mesmo así, seguen cantando e bailando, seguimos vivindo. Falamos con eles sobre as historias que flúen nas once cancións publicadas, que nos vindeiros meses presentarán en directo. Historias da nova emigración ("Quérote ben, pero xa se verá se o noso amor será internacional. Por países varios doeranme os ovarios"). Historias que navegan entre a constatación da derrota e a conciencia do peso do presente e o peso da historia ("Disque temos que seguir e poñernos no mellor, pero sigo aquí deitada, farta de romper a voz. Que foi da emoción de irmos os domingos de excursión? No setenta e dous lembro que facía máis calor"), pero que tamén alertan contra a resignación e o conformismo ("Dicías que aínda menos mal pero non ves que os problemas crecen: non tiña seguridade social, e ti sabes que factura da luz?, tiven que ir a Londres para abortar. Cada vez máis pequena no mundo real"). E unha posible conclusión: "Nestes tempos é mellor arriscar". Por que é este un disco vermello? Porque nos gusta a idea da sinestesia, de asociar sons con cores. Porque non nos constaba que existisen discos vermellos antes. E porque o vermello é a cor de moitas cousas importantes: da carne, da paixón, dos amuletos chineses, do sangue, do sangue menstrual, do planeta Hercólubus ou do socialismo. No sentido amplo, histórico: é o noso disco máis coral, menos ensimesmado, un proxecto de contar a historia da humanidade como especie e da nosa historia de amor coa humanidade como especie. De que cor ía ser un disco así? Azul? "En certo modo latexa no disco unha pregunta como "en que momento se torceron as cousas?", que talvez sexa unha pregunta filosoficamente reaccionaria, pero que está aí, no aire" É este un disco máis melancólico que os anteriores, un disco con historias de supervivencia e que olla moito cara a atrás? Un disco de queixa á espera de que non nos afogue o temporal como en "esa árbore que vai caer confiemos en que caia cara a atrás"? Non quixemos facer un disco nostálxico nin reivindicamos a nostalxia. Ao contrario, é un disco de centralidade absoluta do presente ou, como dis, de supervivencia. Pero non se trata dun presente deses de "vive rápido, morre novo" senón dun presente calmado, que recoñece que ten unha bagaxe que pode ir desde comezos do século XX (A balada de Violetta von Lichnowsky) até os comezos do XXI (2006) pasando polos anos 70 (Música industrial) pero que non fica nese pasado. En certo modo latexa no disco unha pregunta como "en que momento se torceron as cousas?", que talvez sexa unha pregunta filosoficamente reaccionaria, pero que está aí, no aire. "Sobrevivir non é unha proposta de mínimos" "No setenta e dous lembro que facía máis calor". Como vedes a capacidade de resposta da xente, desa maioría social agredida? A cousa está tan fodida que bastante facemos todos con sobrevivir? Sobrevivir non é unha proposta de mínimos. Seguramente é todo o que temos ou podemos ter. Sempre que a supervivencia non se reduza ao biolóxico e que se entenda de forma colectiva, é unha misión a reivindicar. "O compromiso noso é coa realidade e non con esa listaxe de vinte ou trinta cousas das que ás veces se supón que os contidos politizados teñen que falar" Evasión ou compromiso? Ou un pouco de todo? Ou cada cousa no seu tempo? Non, non. Compromiso en todos os tempos. O que pasa é que nalgúns momentos o compromiso pódese limitar aos aspectos materiais (como se publica un disco, onde se vende, onde se toca, por que prezos) e noutros o compromiso ten que ir tamén no contido. Dito isto, o compromiso noso é coa realidade e non con esa listaxe de vinte ou trinta cousas das que ás veces se supón que os contidos politizados teñen que falar. Unido iso a que este disco pon en xogo un suxeito colectivo, é imprescindíbel que estea aí a contradición e que aparezan temas que a ortodoxia consideraría evasivos. Non o son. Falar sobre relacións humanas en termos problemáticos, e tanto se se fala de sexo como dun atraco a un banco ou da soidade son relacións humanas, non é evasivo nunca. Os tempos están mal que xa desautorizaron definitivamente os conformistas, aos que dicían aínda menos mal? Seguramente. En Violentos anos dez (2011) falabamos dunha violencia que agora xa está aquí. A ofensiva neoliberal promete unhas condicións de vida para a maioría da poboación aínda máis aterradoras do que xa eran. Ese medo, esa incerteza, están neste disco repartidos en historias máis ou menos individuais que conforman unha soa historia colectiva. A nosa estratexia foi algo así como traer a sociedade civil ao centro do discurso. Musicalmente hai máis bases electrónicas, máis dub e máis "rap de mentira", como dicides. No voso caso a parte musical é unha procura do mellor vehículo para os textos, para as historias que queredes contar? Non. Pensar a música como un vaso de auga para tragar a pílula dos textos non nos interesa. A música ten unha importancia enorme, e a proba é que cando comezamos a traballar n'O disco vermello, en agosto de 2013, a nosa preocupación principal eran as melodías. Despois viñeron os arranxos e os ritmos, e só uns meses antes de entrar ao estudio comezamos a traballar, máis colectivamente que nunca, nos textos e no concepto. Non é que nos interesen menos, son importantes nunha canción, pero a intuición funciónanos mellor con elas. Precisamos menos ensaio-erro e saen moito máis rápido. Neste caso había previamente a consigna de que a voz narrativa de cada canción fose a dun personaxe concreto, e iso axudounos a que fosen máis simples e deixar atrás ese punto sarcástico-enxeñoso-autorreferencial que xa fedía. Son as nosas letras máis narrativas e ao mesmo tempo as nosas cancións menos literarias, o que nos alegra. Ademais, ao ser tan posteriores ás músicas fai que non entren con calzador, que se amolden sempre ao que aquelas piden. Isto non é poesía: nunha boa canción a letra debe estar sempre ao servizo da música. "Isto non é poesía: nunha boa canción a letra debe estar sempre ao servizo da música" Cando fixestes aquela piada do 28 de decembro houbo algunhas persoas que pagaron por aquel simulacro de disco ou por algunha canción. Sorprendeuvos? En tempos duros para a cultura e para vivir da creación, como é a saúde financeira de Ataque Escampe? Repórtanvos ingresos as novas vías de distribución ou o groso segue vindo da venda dos discos físicos e dos concertos? Foron poucas as persoas que pagaron por Vive ou morre, tres ou catro, por sorte. Non era a nosa intención, trabucámonos ao desactivar a opción de pago no Bandcamp. Ofrecemos despois devolver o diñeiro, pero non quixeron. Non é un disco para escoitar, claro (é unha brincadeira que consistiu en gravarnos cantando bébedos panxoliñas e cancións populares a capella e editalas baixo títulos moi pretensiosos durante un día), pero supoño que para moita xente tivo o valor dunha especie de performance e que serviu para reflexionar sobre cousas como a inmediatez coa que accedemos á música e o que implica. Canto á saúde financeira, é mala, como para todo o mundo. Algún ingreso chega por estas novas vías, pouca cousa. E os discos físicos tampouco reportan moito, porque editalos non é barato. A única vía seria de financiamento seguen a ser os concertos, pero tamén se está a precarizar bastante esa vía nos últimos tempos, o que resulta máis preocupante que o anterior. Bonita portada. Como xorde a idea e como xorde a vosa relación con Misha Bies Golas? O 40 % de Ataque Escampe é de Lalín, como Misha. Coñeciámolo por aí e gostabamos do seu traballo como deseñador de discos (Diadermín, Linhodocuco...). O seu traballo plástico coñeciámolo menos. Démoslle carta branca coa única condición de que predominase o vermello, e sorprendeunos moitísimo que o resultado fose algo a cabalo entre o deseño gráfico e a peza artística. Ademais está pensado para que luza en todo o seu esplendor no formato físico, que tamén trae unha copia da plantilla que se usou e fotos que documentan o proceso seguido para obter esa textura, rugosa como a superficie dun planeta e irregular como a vida. "Da mesma maneira que non farías música con alguén do PP, por exemplo, ao mellor tes que pensar en renunciar a proxectos de cinco persoas con pirola" Discos da Máquina, o Novo Cinema Galego, libros colectivos, mesas de debate..., por poñer exemplos. Vemos as persoas que participan en primeira liña dalgúns movementos políticos ou culturais e atopamos poucas ou ningunha muller en moitos casos. Por que segue sucedendo isto? Onde está o bloqueo? Como se soluciona? Moi certo. E por algunha razón, no caso galego é aínda máis flagrante que noutros. Oxalá este grupo de cinco tipos, que por moito que traten de producir estrañamento falando en feminino seguen a ser cinco tipos, tivese a resposta, pero supoño que somos máis parte do problema que da solución. Se algunha saída hai a isto ten que pasar pola toma de conciencia de que hai un problema estrutural moi grave e que hai que renunciar a cousas, tomar decisións. Un escolle con quen quere facer música e iso non é malo. Da mesma maneira que non farías música con alguén do PP, por exemplo, ao mellor tes que pensar en renunciar a proxectos de cinco persoas con pirola, e saber que é probábel que o que pase é que moitas persoas sen pirola estean dispostas a participar e ti non as vexas. Gustaríanos pensar que claro, nós montamos isto en 2001 con dezanove anos e mal sabiamos. Vale, pero o selo Discos da máquina armámolo en 2012 e volveu pasar o mesmo: vinte e pico homes e unha muller. E o certo é que un mundo cultural do que a metade da poboación está excluída porque é invisíbel non é mundo cultural nin é nada. "O Bravú, visto con distancia, tivo algúns efectos colaterais menos positivos: sobretodo, contribuíu a asociar a música en galego con só dous ou tres estilos musicais e con temáticas costumistas" O voso estilo non se achega ao Bravú, pero neste ano no que se están a celebrar os 20 anos daquel movemento, considerades que vos influíu? Que papel credes que ocupa na historia recente da música e da cultura galega? Cremos que foi importante no aspecto lingüístico e influíunos como a calquera que tivese doce anos na altura. Tamén deu algúns discos moi interesantes como o Parrús dos Diplomáticos. Cremos, porén, que, visto con distancia, tivo algúns efectos colaterais menos positivos: sobretodo, contribuíu a asociar a música en galego con só dous ou tres estilos musicais e con temáticas costumistas. Ademais foi un movemento case exclusivamente masculino nunha década na que as cousas podían perfectamente ter sido diferentes. Obviamente estes problemas son moito máis complexos, pero temos a sensación de que o bravú, ou certos aspectos del, foron cómplices, aínda que é moi fácil e talvez inxusto dicir isto a touro pasado. "Os nosos tiros desde o tellado tratan de dar onde doe, e algo é. Non estamos disparando ao aire" Reixa repetiu en varias ocasións que sentía unha certa frustración porque o éxito acadado por Os Resentido non levara á construción dunha mínima industria, ou estrutura musical en Galicia, algo que tampouco sucedeu co bravú nin cos catro anos de bipartito. Levamos toda a vida de francotiradores, con iniciativas e éxitos illados, e estamos condenados a seguir así? Non é exactamente unha condena, digamos que se nos pasou o arroz e que agora é moi difícil crear unha industria musical, en Galicia como en calquera lado. Polo menos no tocante ás infraestruturas. No que si que se podería avanzar máis do que se avanza é no aspecto promocional e na creación dun público real. Nese sentido, os nosos tiros desde o tellado tratan de dar onde doe, e algo é. Non estamos disparando ao aire. Escoita e/ou merca aquí o disco
NOS_22665
Polo de agora ningún grupo terrorista reivindicara o masacre da pasada quinta feira en Niza no que morreron 84 persoas e que deixou perto de 200 persoas feridas. Porén, a axencia Amaq informou na mañá do sábado que o atentado foi cometido por un "soldado" do Daesh.
A axencia Amaq, que cita unha fonte de seguridade, sinala que o atentado da noite da quinta feira en Niza foi cometido por un "soldado" do Daesh. Así o advirte o portal de seguimento de información yihadista SITE. O masacre tivo lugar arredor das 23.20h desta quinta feira no Paseo dos Ingleses, onde centos de persoas se congregaran para ver os foguetes que fecharían a conmemoración do 14 de xullo, día en que se celebra o inicio da Revolución Francesa e a toma da Bastilla de 1789. Un camión, conducido por unha soa persoa, atropelou centos de persoas durante 2 km. O condutor, Mohamed Lahouaiej Bouhlel, morreu abatido a tiros pola policía. O ataque, segundo Amaq, sería unha resposta aos chamados da organización terrorista para atentar contra a cidadanía dos países involucrados na coligazón liderada polos EUA. Porén, o anuncio da reivindicación deste atentado polo Daesh é acollido con prudencia e desconfianza nas redes sociais. "O Daesh atribuirase a morte de Bambi con tal de ter publicidade" ou "O Daesh e a súa máquina de propaganda: aproveitar todas as anomalías para lles atribuír paternidade. Canto do cisne?". A última hora deste atentado tamén recolle a detención de tres persoas no marco da investigación aberta a raíz do masacre, aínda que se descoñece a súa identidade.
NOS_48198
O Galpón Lab é unha asociación sen ánimo de lucro, feita por e para artistas emerxentes. Busca promover a creación artística e o intercambio cultural, ao tempo que tece unha rede de apoio, unión e asesoramento para todas as novas creadoras galegas. As súas fundadoras -Iria, Eva, Lucía e Ana- teñen claro cal é a situación actual do panorama artístico galego, e que para atallar as carencias e deficiencias estruturais do sector cultural da Galiza, cómpre botar man do apoio educacional.
-Por que decidiron pór en marcha un proxecto do estilo do Galpón Lab? O proxecto naceu dunha necesidade que tiñamos as catro fundadoras para atopar un punto de encontro para a creación artística. Eva, Lucía, Ana e mais eu, que somos as que comezamos con todo isto e sacámolo adiante, coñecémonos durante un mercadiño, no que elas compartían espazo de venda e eu xestionaba todo o relacionado coas redes sociais. Decatámonos de que, aínda que as nosas disciplinas eran moi distintas, tanto as nosas necesidades como os nosos problemas á hora de levar adiante as creacións artísticas eran moi semellantes. Démonos conta de que non había un apoio real nin unha unión. Pensamos que estar unidas é indispensábel para que tanto a loita como a procura de solucións se convertesen nun proceso moito máis sinxelo. -Cal é o obxectivo que perseguen? O obxectivo principal é promover a creación artística e o intercambio cultural. Como asociación, ofrecemos ás artistas o apoio necesario para calquera nova creadora emerxente. A iso hai que engadirlle visibilidade e orientación nos seus proxectos. Comprometémonos a traballar de maneira sostíbel e orixinal. Queremos fomentar un consumo responsábel e de proximidade, asentado sobre unha comunidade na que todas se axudan entre todas. Esa é a filosofía que marca o camiño a seguir para a asociación. -Apóiase desde as institucións -a nivel económico, loxístico...- as artistas galegas emerxentes? Faise difícil que haxa un apoio ao mundo da arte e da cultura cando estas son entendidas como un todo homoxéneo e indistinguíbel. Ademais, a Administración sempre tende a apoiar máis a aquela arte entendida como tradicional, e só de vez en cando aposta pola novidade ou a orixinalidade. Xa non é só unha falta de apoio económico, que xera a sensación de que temos que loitar entre nós polas ansiadas axudas. Existe unha falta de apoio estrutural e educacional. Unha falta de regulación e de profesionalización dos traballos creativos e artísticos. Os trámites burocráticos e trabas estruturais que nós sufrimos como organización sen ánimo de lucro para poder obter axudas e subvencións fai que sexa case imposíbel poder acceder a elas. E non só nós, calquera colectivo de nova creación parte dunha situación de desvantaxe moi grande con respecto a outros máis asentados e cunha traxectoria maior. -Como ven o panorama artístico galego para estas novas creadoras? A situación actual á que se enfronta a nosa xeración é moi complicada. Non só polo panorama económico; tamén pola inestabilidade social. As persoas que se dedican ao sector creativo téñeno aínda máis difícil, pois é algo intanxíbel e imposíbel de cualificar. O intrusismo, a falta de profesionalización e o descoñecemento real dos custos do traballo artístico son dificultades engadidas. Tampouco contamos cun asesoramento real por parte dos centros educativos e das facultades de cara á introdución efectiva no mercado laboral. O mercado laboral xa é duro de por si, pero se es nova e artista, moito máis. -Por onde cren que pasa o futuro das artistas galegas? Partimos de que se debe entender a cultura como un ente orgánico, que crece e evoluciona co tempo. Por iso, pensamos que o futuro pasa por apostar polos novos valores que están a xurdir. Novas creadoras do país que están a triunfar fóra da Galiza, pero que aquí son auténticas descoñecidas. Non podemos permitirnos esta perda continua de capital humano, artístico e creativo. Está claro que hai moito talento na Galiza, e por iso debemos loitar para darlle o valor que merece.
NOS_32209
A deputada nacionalista Olalla Rodil denuncia que a Xunta impide "de forma sistemática" o acceso dos grupos da oposición aos expedientes iniciados nas residencias DomusVi.
A viceportavoz do grupo parlamentar do BNG, Olalla Rodil, denunciou a negativa da Xunta da Galiza a remitir a información solicitada pola súa formación sobre as inspeccións e expedientes abertos a residencias de maiores. "É indignante" a "conivencia entre a Xunta e DomusVi" sobre todo despois de coñecer a "vacinación irregular" da conselleira delegada e do seu irmán "saltando todos os protocolos estabelecidos", manifestou a deputada, que asegurou que a Xunta impide "de forma sistemática" o acceso aos expedientes iniciados nas residencias DomusVi. En concreto, sinalou que, desde que comezou a lexislatura, a súa formación formulou diferentes peticións para coñecer a situación en que se atopan as residencias deste grupo responsábel de xestionar 20% das prazas privadas na Galiza. Ademais, indicou que o Goberno galego tamén oculta o expediente na residencia Nosa Señora dos Remedios de Ourense. Rodil considerou "vergoñoso" que a documentación remitida sobre a situación das residencias ao Parlamento sexa de "11 follas que non achegan ningunha información significativa". Parar os despedimentos Esta sexta feira, 5 de febreiro, o BNG instou a Xunta a exercer "presión política para frear a avalancha de despedimentos e de fechamentos de oficinas" do Banco Santander na Galiza. A portavoz de Economía do BNG, Noa Presas, enmarcou o ERE en curso do Santander nunha "nova ofensiva de recortes e despedimentos por parte das entidades bancarias para continuar a aforrar custos coa desculpa da Covid-19". Presas lembrou que en 2017, cando o Santander adquiriu "por un só euro" o legado do Banco Popular-Pastor, había no país 415 oficinas e 2.430 persoas traballando nos tres bancos. "Tres anos despois no Santander estaban a traballar 1.777 persoas, case mil menos, e estaban abertas 234 oficinas, a metade", advertiu.
NOS_40907
Non é a primeira vez que Pernando Barrena e Niko Moreno están en Galiza. Desta volta visitaron o noso país como representantes de Sortu, partido de esquerdas e abertzale que fai parte de EH Bildu, e no marco da dinámica de relacións internacionais que a esquerda independentista vasca mantén con axentes políticos e sociais doutros pobos. Falamos con eles de diversas cuestións, entre elas a idea dunha 'frente democrática' que poida ter plasmación para as eleccións europeas e tamén para as españolas.
Pernando Barrena e Niko Moreno teñen unha traxectoria de peso na esquerda abertzale, concretada na asunción de diferentes responsabilidades, orgánicas e institucionais. Conversamos con eles nunha pequena cafetería da zona vella compostelá, cidade onde recalaron a inicios da semana pasada para manter xuntanzas e reunións con diferentes actores políticos galegos. -Estades na Galiza no marco da dinámica que desenvolve xa de vello a esquerda abertzale de manter relacións e contactos con outros pobos, reuníndovos con diferentes axentes políticos e sociais para 'tomar o pulso' desas realidades -Pernando Barrena: Desde a esquerda abertzale historicamente sempre procuramos manter atención política cos diferentes pobos: ás veces por afinidade ideolóxica cara a movementos e organizacións; noutras, pola proximidade e unha situación política en certo xeito interdependente: ambos países, Galiza e Euskal Herria, estamos a sufrir a pertenza a un mesmo marco legal que consideramos que constrinxe os nosos dereitos como nacións. Tratamos de prestar atención ao que acontece en Galiza e en base a iso organizamos un traballo político de relacións con diferentes axentes políticos cos que pode haber unha afinidade. Iso permite a veces partillar apostas políticas conxuntas. Sortu fai parte dunha coligazón, EH Bildu, que ten un acordo eleitoral co BNG para o traballo político nas europeas, foi unha experiencia que cremos que é satisfactoria. Iso é unha base importante para abordar retos futuros, como as vindeiras eleccións europeas ou, quen sabe, outros retos políticos. -Nestas semanas cobrou forza, a través de diferentes declaracións e pronunciamentos públicos, a formulación dunha candidatura para as europeas partillada polo BNG, ERC e a esquerda abertzale… -P.B.: Hai unhas eleccións europeas en maio e iso exixe comezar a traballar un ano antes polo menos. Nas eleccións de 2014 presentouse unha coligazón, 'Os Pobos deciden' na que, por diferentes circunstancias, non puido contarse cun referente catalán. Esa coligazón funcionou ben, estamos satisfeitos do traballo feito e si que tiña ese déficit de non contar coa presenza catalá. Nestes momentos estamos a traballar para que cara a esas eleccións a alianza que mantivemos nestes anos co BNG e outras formacións conte con ese referente catalá. Hoxe por hoxe aínda non temos o formato nin as vontades políticas están definidas, antes de rematar o ano determinarase que vontades e posibilidades de acordo hai e cada organización terá que tomar as súas decisións. Á marxe do formato e compoñentes desa alianza político-electoral, si que para nós é importante a lectura política de que unha alianza democrática o máis ampla posíbel é moi importante para afrontar o reto das europeas e mesmo tamén o puidese ser se hai finalmente un adianto eleitoral nas españolas. Galiza e Euskal Herria estamos a sufrir a pertenza a un mesmo marco legal que consideramos que constrinxe os nosos dereitos como nacións Isto situámolo nun escenario europeo no que nos preocupa o ascenso da dereita reaccionaria e da extrema dereita. E iso deixando claro que nós partimos dunha posición moi crítica co que representa a UE tanto a nivel social como para a liberdade dos pobos, unha Europa construída para os intereses do capital. Esa vaga de dereitización que se dá en Europa no Estado español afonda no retroceso en liberdades políticas e democráticas básicas. Así vemos, por exemplo, como ao pobo catalán se lle reprime e impide decidir. O que está en xogo non é só como responder desde posicións de esquerda a todo isto, e iso é fundamental porque a esquerda non estamos a saber achegar alternativas tanxíbeis á xente; senón responder en chave democrática. A idea que lanzou Arnaldo Otegi hai uns días é esa, organizar unha gran fronte democrática tanto nas [eleccións] europeas como nunhas [eleccións] españolas. En Europa para mandar a mensaxe de que non é que haxa un problema catalán, vasco ou galego; hai un problema español. E no caso do estado español, é unha chamada de atención á posibilidade de articular un acordo estratéxico-político que puidese incluso, a súa vertente eleitoral, condicionar a política no Estado español, tanto haxa goberno de Sánchez ou de dereitas. Esa é a idea, parécenos un reto asumíbel. -Niko Moreno: Queremos partillar esa idea con sectores que pensamos que poden estar, tanto no punto de vista do soberanismo como de esquerdas, interesados. Un dos obxectivos destas viaxes é ese: partillar analises, achegar posturas, abrir debates. -Que aprendizaxe ou leccións credes que a esquerda abertzale pode tirar de todo o proceso que Catalunya vive nestes anos? -P.B.: Son realidades moi diferentes. En Catalunya existe unha maioría social independentista e en Euskal Herria e Galiza, non. A maioría dunha nación, a catalá, decidiu que quería decidir e que a opción que escollían era a independentista. Outra diferenza: Euskal Herria sae dunha confrontación que durou moitos anos e cuxas consecuencias non están aínda fechadas. Expresións como a das vítimas ou presos están sen resolver e iso pesa de xeito moi importante na política vasca. Non se pode facer política nun país sen normalizar e non hai normalidade cando aínda hai presos políticos e cando hai un número importante de persoas que sufriron vulneracións de dereitos. Outro factor: en Catalunya a dereita nacional evoluíu cara ao independentismo; en Euskal Herria a dereita local, representada polo PNV, non está por esas. Eles continúan facendo análise en posicións de clase, consideran que o marco do réxime actual aínda lles dá marxe para poder traballar politicamente e tamén no económico; polo que non teñen necesidades de mudanza. De Catalunya o que nós aprendemos é que as grandes mudanzas precisan non só de vontades políticas mais tamén de mobilizar toda unha sociedade a favor deses cambios, que os perciba como propios e necesarios. Hai un liderado social que fai este proceso único. -N.M.: A experiencia de Catalunya deixou claro que o problema non está en Catalunya, Euskal Herria ou Galiza. Un proceso democrático como o catalán atopa enfronte un Estado que non ten nin vontade nin capacidade para xestionar democraticamente isto. Esa lección é importante, de aí extraemos leccións como a de que é necesario construír unha fronte democrática de esquerdas e en chave soberanista. Para nós é importante a lectura política de que unha alianza democrática o máis ampla posíbel é moi importante para afrontar o reto das europeas e tamén o puidera ser se hai finalmente un adianto eleitoral nas españolas. -Recentemente estivo en Compostela Mireia Boya, que fora deputada da CUP, e recoñecía que o independentismo pecara de inxenuo ao non prever que o Estado recorrería a todo tipo de medidas (155, penas de cárcere, multas e sancións, detencións, represión policial…) para tentar descarrilar o proceso. Confiaban en que ao ser este un movemento non violento e democrático a resposta do estado non chegaría aos niveis de violencia ás que chegou -P.B.: Por desgraza a resposta violenta do Estado é algo que en Euskal Herria temos 'troquelado' no noso ADN político. Lembro que antes do 1-0 e en plena efervescencia, moito independentista catalán mantiña que perante un proceso democrático como o de Catalunya o estado non podía facer nada. "Que vai facer?", preguntábanse, e nós respondiamos "o Estado vai facer de todo". A pregunta debería ser a de "Que non pode facer?" A nós ilegalizáronnos, chegaron a deter xente coa acusación de elaborar listas electorais! Iso pasou, coma quen di, hai 4 días. Vascos e vascas detidas por querer facer unha lista electoral! Unha parte do independentismo catalán interiorizara que ao ser un proceso validado por unha maioría social e que se facía sen violencia, o Estado non ía responder con violencia. Era unha reflexión que nos sorprendía. O que non nos sorprendeu foi que o estado finalmente optase por actuar en Catalunya como o fixo. O Estado español sempre responde igual, á marxe de criterios democráticos, procurando buscar facer o maior dano político e introducir o factor do medo nesa comunidade. -N.M.: Cando comezaron as detencións, os sectores que eran albo da represión sorprendíanse. Nós tiñamos claro que o estado ía empregar toda a súa forza contra o pobo catalán e por desgraza así foi -O 17 e 18 de novembro houbo consultas populares sobre a autodeterminación de País Vasco en cinco cidades e vilas, unha dinámica nada e impulsada desde a propia sociedade que vén realizándose desde hai catro anos e na que xa participaron co seu voto máis de 217.000 persoas -P.B.-: É unha iniciativa da sociedade civil e nós, tanto desde Sortu como tamén desde a coligazón EH Bildu, valorámola moi positivamente. Nace da experiencia das consultas en Catalunya, que comezaran en 2009 en Arenys de Munt e que foron estendéndose polas vilas e creando un clima que posibilitou o que veu despois. É unha reivindicación real do dereito a decidir e ao tempo é unha demostración de que o dereito a decidir non é traumático, que a xente asúmeo con normalidade. É un dereito que debería de ser asumido con esa normalidade por calquera actor político, independentemente do seu posicionamento, sexa unionista, independentista ou federalista. O contrario é enrocarse en posicións totalitarias, de inmobilismo e pretendendo impoñer a súa opinión. O dereito a decidir é unha ferramenta democrática fundamental para unha sociedade. Un exercicio de liberdade política. Estas consultas poñen este dereito na centralidade política e cada vez é máis a xente que incluso nunca se preguntara sobre este tema e que estaría disposto a apoialo. -N.M.: Hai que poñer en valor que toda esa participación se produza sabendo que non vai ter unha transcendencia política inmediata, que non vai haber un resultado correlativo asociado a ese exercicio mais aínda así a participación continúa. As consultas tamén son moi importantes polo que implica de aprendizaxe, de autoorganización. -No Parlamento vasco hai un relatorio aberto sobre a reforma do estatuto vasco e no desenvolvemento do mesmo mesmo déronse acordos entre PNV e EH Bildu. -P.B.: Hai aberto un relatorio de autogoberno e nel trabállanse as bases para a reforma do estatuto de autonomía. Nós non rexeitamos ese reto e a posibilidade que esa ferramenta poida ofrecer, por iso fomos a ese relatorio con varios obxectivos. Un fundamental, pular porque calquera reforma parlamentar, un novo estatuto, contemple cuestións como o recoñecemento da identidade nacional vasca. Cuestións como unha formulación partillada do dereito a decidir, que entendemos que se pode facer con xenerosidade. Non temos présa nin propomos formulacións fechadas, entendemos que é importante sumar maiorías en torno a este dereito a decidir. Tamén pulamos por que ese novo estatuto inclúa unha parte que aborde dereitos sociais que nós consideramos fulcral blindar no marco legal vasco. Construír un país diferente non vai vir marcado só por ser independentes ou non, tamén polas ferramentas de que nos dotemos para construír unha sociedade con base na xustiza social. Hai cuestións, como no preámbulo, onde hai certo nivel de acordo do PNV, non así con Podemos, que non partillaba a idea da identidade nacional vasca.. Construír un país diferente non vai vir marcado só por ser independentes ou non, tamén polas ferramentas das que nos dotemos para unha construír unha sociedade con base na xustiza social. -Mais defende o dereito a decidir.. -P.B.: Creo que ese dereito para Podemos é unha posición bastante decorativa. Dificilmente desde unha organización democrática, e non teño dúbida de que Podemos o é, pódese dicir que estás en contra deste dereito. Porén, cando se tenta levar á práctica ese dereito, rexeitan o debate, refutan lograr acordos neste tema… É triste e decepcionante. PSOE e PP afastáronse desta dinámica da reforma do estatuto, só poñen obstáculos. Nestes momentos ese relatorio encargoulle a expertos xuristas designados polos diferentes grupos parlamentares que elaboren un articulado do estatuto en base aos presupostos que dá ese relatorio de autogoberno. Que pasa? Pois dous problemas a ter en conta: un, que estamos en ano electoral e ese non é o mellor marco para este tipo de procesos. E dous: o PNV en torno a que posición se vai posicionar? Aí estase a dar unha batalla, que xa está decidida desde o principio, entre as dúas almas do PNV: a pactista e de defensa do statu quo, e a que procura avanzar máis alá do status actual. Esta segunda, se ben non ten boa correlación de forzas dentro do PNV, é a que lidera a acción política no Parlamento. Así é como te atopas que no mesmo día en que o PNV vota a favor nese relatorio parlamentar de acordos para avanzar, sae o lehendakari Urkullu, que representa a outra alma, dicindo que tranquilos, que menos emocionarse, e que calquera mudanza estatutaria precisa do consenso dunha forza unionista. Que alma vai triunfar? Bon, a experiencia aponta a que a partidaria de non moverse, que insiste en que o importante é manter o que se ten, que o outro sería poñer en risco o autogoberno que temos. Cremos que é ao contrario: non moverse é precisamente poñer en risco o que tes. Falar de atinxir consensos no país para avanzar no status político en chave de soberanía é o que blinda e cobre o que temos. -N.M.: A pregunta é até onde está disposto a chegar o PNV na reforma do estatuto? Teñen que resolver esa ecuación, teñen a pelota no seu tellado. Que Urkullu poña como condición para avanzar na reforma do estatuto ter o apoio dunha forza unionista o que fai, de facto, é outorgar un dereito de veto a esas forzas. O que en teoría se fai nunha chave inclusiva o que logra na práctica é outorgar un dereito de veto ao unionismo. O PNV ten un nó moi difícil de resolver, non acabo de ver por onde poden saír. -Falabades antes do auxe nestes anos das posicións de dereita pura e dura en Europa, algo que tamén é ben perceptíbel no Estado español, cuns discursos que van gañando espazo mediático e social. Como pode afectar isto Euskal Herria? -P.B.: Afortunadamente, a sociedade vasca en xeral está vacinada contra eses movementos e posicións. Eu son optimista, creo que fenómenos como Ciudadanos ou Vox non callan alí. Eu persoalmente non coñezo ninguén que se vexa representado por eses posicionamentos. -N.M.: Nin eu (ri) -P.B.: Ciudadanos ten un discurso antiforalista. E no País Vasco todo o mundo é foralista! Desde a extrema esquerda até a dereita. Iso fai que Ciudadanos alí non exista. En todo caso ese discurso abrangue unha parte moi pequena do pastel electoral vasco e que se reparten sempre os mesmos, antes UPyD, agora Ciudadanos ou VOX. O que se pode dar é que eses sectores de dereita se dereiticen aínda máis. A esquerda non estamos a saber achegar alternativas tanxíbeis á xente -A pregunta non é tanto se en Euskal Herria hai base ou non para que collan sitio esas formacións como o feito de que vaian gañando presenza, peso e capacidade de condicionar en España e iso vaia ter efectos sobre Euskal Herria. Lembremos o cuestionamento por certos partidos e medios de comunicación contra o concerto vasco, por exemplo, ou da política lingüística… -P.B.: O PNV si que tiña certo medo cando Ciudadanos estaban no alto da onda de que condicionasen políticas contra o autogoberno vasco. Temían un adianto electoral onde Ciudadanos saíse como forza con peso para formar ou condicionar un goberno. A nós medo ningún, sabemos que a sociedade vasca non dubidaría en defender o seu autogoberno, o seu foro. -N.M.: No Estado español o que hai é a reaparición dun franquismo sociolóxico, que estaba aí e que agora móstrase, sae da neveira onde estaba. É a reaparición daqueles valores franquistas da 'sacrosanta unidad de la patria', con todo ese cheiro a rancio, a odio a calquera cousa que sexa diferente…
NOS_36691
12 farano na categoría A e 9 na B, todo un récord de embarcacións.
A Liga Galega de Traiñeiras (LGT) arrancará en xuño con todo un récord en embarcacións participantes. Un total de 21 embarcacións formalizaron o rexistro para participar na tempada 2018 da LGT, competición que ano tras ano aumenta en embarcacións competidoras e difusión. Destas 21 traiñeiras, 12 competirán na categoría A e 9 na B. Non debemos perder de vista queo remo galego ademais dous representantes na elite da ACT (Tirán e Cabo de Cruz). Compiten Ares, A Cabana-Ferrol, Cabo B, Samertolameu, A Pobra, Mecos-Mondariz, Bueu-Teccarsa, Castropol, Amegrove, Coruxo, Vilaxoán, Rianxo, Chapela, Salgado-Perillo, Mera, Mugardos, Muros, Virxe da Guía, Cedeira, Vila de Cangas e Esteirana. A tempada pasada, 2017, Samertolameu de Meira alzouse co campeonato da Liga Galega de Traiñeiras (LGT). Un título que xa obtivera en 2003, 2004, 2005, 2006, 2013 e 2014
NOS_6749
Noite do 25 de febreiro de 1966. A escuridade, a néboa e a forza do temporal non deixan ver ben o que sucede na costa. Algo non vai ben. Un barco estase a achegar demasiado á praia. A xente sae das casas e a borraxeira comeza a esvaecer deixando que se intúa a imaxe dunha fragata encallada no Ardeleiro, en Lira. O mar está demasiado bravo como para permitir que os mariñeiros poidan chegar a nado á terra. Mais sucede o milagre, o milagre do Ariete.
Hai quen di que o mar é unha necesidade ou un vínculo, un compañeiro ou unha nai, que é traballo e un camiño. Hai quen di que o mar é vida. Mais o mar tamén é cansazo, sufrimento, morte. A costa galega está chea de naufraxios e de afogados. Esta é unha faceta do mar que sempre está presente na vida daqueles que traballan nel. Unha das moitas historias de naufraxios é a do Ariete, cuxa tripulación, formada por 168 mariñeiros, chegou á costa de Lira, no concello de Carnota, sen saber a sorte que atoparía nela. Rafael Lema, experto en naufraxios e creador do Catálogo de Naufraxios da Galiza, considera o Ariete un "barco Frankenstein", ao ser reconstruído mediante a agregación de pezas de distintos modelos que lle orixinou unha estrutura de gran fraxilidade. A historia do 'Ariete' O pasado 25 de febreiro fixéronse 55 anos do naufraxio do Ariete, unha fragata de guerra que encallou na praia do Ardeleiro, en Lira, no ano 1966. O encallamento do barco produciuse nunha situación moi complicada: de noite, cun forte temporal, sen medios suficientes para poder socorrer a tripulación... Porén, todos os mariñeiros do navío se salvaron grazas á valentía e á pericia dos veciños e veciñas do lugar, que conseguiron levar á terra a todas e cada unha das persoas que se atopaban en tan terríbel escenario. Tan incríbel foi o rescate que moitos o consideraron un milagre. A historia do Ariete remóntase aos anos 60, en plena Guerra Fría. Tratábase dun barco militar que Estados Unidos lle regalara ao Estado español no ano 1955, cando ese país comezou a considerar España unha parte fundamental na Guerra Fría e o réxime franquista un apoio na política de confrontación de bloques. O buque presentaba unha estrutura de torpedeiro mais, cando chegou ao porto de Vigo, modificouse, sendo convertido nunha fragata. O traballo non resultou nada acertado; algunhas persoas especializadas no tema argumentan que o novo deseño foi unha das causas principais do naufraxio. Rafael Lema, experto en naufraxios e creador do Catálogo de Naufraxios da Galiza, considera o Ariete un "barco Frankenstein", ao ser reconstruído mediante a agregación de pezas de distintos modelos que lle orixinou unha estrutura de gran fraxilidade. O 25 de febreiro de 1966, o Ariete realizaba a súa primeira viaxe de Ferrol a Cartaxena nunha operación militar. Segundo as previsións da Mariña española, na base naval de Ferrol agardábase unha meteoroloxía favorábel e non se prevía a posibilidade dunha tormenta. Porén, á altura das Illas Cíes, ao encontrarse cun temporal, o capitán decidiu continuar coa travesía. Mais o mar estaba realmente bravo e as ondas bateron contra o Ariete con forza até provocar unha avaría no motor, debida, en parte, á mala estrutura do barco. A fragata quedou varada no epicentro do temporal, que a foi levando cara á costa carnotá. Antes de chegar ás praias de Lira, leváronse a cabo dous intentos de socorrer o Ariete por parte dun par de embarcacións galegas da zona. Juan Manuel Saborido, alcalde do concello de Carnota, explica que "no intento de rescate para evitar que o Ariete chegase ás pedras morreu unha persoa e outra quedou ferida por mor dun accidente grave". Dada a difícil situación e a imposibilidade de socorrer a fragata, esta quedou á deriva e, pouco a pouco, foi achegándose ao sur de Carnota, á parroquia de Lira. Acabou embarrancando na praia do Ardeleiro, xusto antes da Punta dos Remedios. Xosé Manuel Dosil, veciño de Lira e membro da familia de mergulladores que despezou o Ariete semanas despois do naufraxio, conta que o encallamento foi debido a unha equivocación do capitán do barco: "O barco perdeu o goberno no transcurso da viaxe e, en vez de quedar enfrontando o temporal, púxose de costado, e iso foi o peor que puido facer". Se quedase aproando o temporal as ondas levarían a fragata cara á terra ou cara ao medio do mar mais, ao colocarse en paralelo á costa, as ondas provocaron que envorcara. Nesta situación tan crítica, aos veciños e veciñas de Lira ocorréuselles un método realmente enxeñoso para intentar salvar o máximo número de persoas: amarrar as estachas do barco á terra para que os mariñeiros se fosen descolgando por elas. O rescate Os veciños e veciñas de Lira comezaron a decatarse de que algo non ía ben no mar cando observaron o barco que se achegaba á praia do Ardeleiro. Juan Manuel Gómez, mariñeiro da vila e participante no rescate da tripulación do Ariete, tiña 17 anos cando se produciu o naufraxio: "A xente comezou a alarmarse pola chegada dese barco e subimos a un outeiro próximo para observar mellor a situación. Desde alí ollábase a fragata, pero entrou unha néboa espesa que nos impediu seguir véndoa. Cando a néboa marchou, o barco xa estaba nas rochas". Para todas as persoas que estiveron presentes aquela noite, o naufraxio do Ariete e o rescate da tripulación resultou unha experiencia realmente dura. Carnota, a pesar da súa ampla traxectoria mariñeira, non contaba cos medios físicos suficientes para levar a cabo un rescate exitoso nunhas condicións tan adversas como as daquela noite. Dosil explica que "se os mariñeiros se botaban ao mar, as ondas ían esnaquizalos contra as rochas" dada a forza do temporal. Nesta situación tan crítica, aos veciños e veciñas de Lira ocorréuselles un método realmente enxeñoso para intentar salvar o máximo número de persoas: amarrar as estachas do barco á terra para que os mariñeiros se fosen descolgando por elas. O problema inicial residía na dificultade de trasladar as estachas para aseguralas á terra, xa que eran demasiado grandes e pesadas. A solución que encontraron os veciños foi que algúns deles, nadando, achegasen ao barco uns cordeis finos, que ataron ás estachas do Ariete para as traer á terra. Ao chegaren á praia, tiraron deles e tensaron as estachas para que os mariñeiros puidesen chegar á terra firme sen seren levados polas ondas. Este invento non tería sido posíbel de non ser pola xente que estaba na praia. Concorrían demasiadas circunstancias realmente difíciles para que o rescate fose exitoso. Mais, contra todo prognóstico, a totalidade dos mariñeiros salvouse. "O pobo implicouse totalmente. Eu creo que nas casas non quedou ninguén, salvo os que recollían os mariñeiros para dárenlles mantas e comida quente", recorda Gómez. El mesmo conta que os náufragos, cando chegaban á praia, estaban moi desorientados e asustados. "Impactoume moito un señor que, cando o recollemos, dixo: Que tierra es esta?". Foi unha noite moi triste e chea de pánico e berros, pois os veciños de Lira eran conscientes de que poderían aparecer cadáveres na beira. Con todo, dada a dificultade do rescate, "todo o mundo pensaba que ía haber algún morto pero, cando se fixo o reconto, a alegría foi do pobo ao saber que non morrera ninguén", engade Gómez. A veciñanza de Lira conseguiu salvar un total de 168 mariñeiros. Todas as persoas coñecedoras do naufraxio concordan en que o rescate non foi un simple salvamento, que pareceu mesmo un milagre. Sen os recursos necesarios, no medio dun enorme temporal, nunha zona perigosa, co barco mal colocado... concorrían demasiadas circunstancias realmente difíciles para que o rescate fose exitoso. Mais, contra todo prognóstico, a totalidade dos mariñeiros salvouse. Foi un rescate tan espectacular que moitos dos veciños e veciñas da zona chegaron a pensar que se trataba dun milagre divino. Dado que o barco encallou a poucos metros da Capela da Virxe dos Remedios, patroa da comunidade católica de Lira, hai quen di que a presenza da santa se fixo notar aquela noite. As consecuencias do rescate A Armada española quedou impactada polo rescate dos mariñeiros do Ariete, unha das súas fragatas militares, e as circunstancias nas que se producira. Desde Madrid, decidiuse levar a cabo unha homenaxe ao concello de Carnota para a cal un gran número de membros da Armada se desprazou até a Galiza co fin de agradecer o sucedido na praia do Ardeleiro. A homenaxe, entre outras cuestións, deu un novo significado ás festas populares de Lira. O alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, explica que "hai unha festa que se chama a Festa dos Remedios, cuxa historia non é entendíbel para as persoas que non son de Lira". Dito evento divídese en dous días: na terza feira de Semana Santa, chamada Remedios novos e, sete semanas despois, o día dos Remedios vellos. Esta última data conmemora a chegada da Armada española a Lira para realizar a homenaxe aos participantes no rescate na que se fixera un acto onde se proclamou Carnota "concello moi humanitario", frase presente no actual escudo do concello. O rescate do Ariete está considerado un dos actos marítimos máis valorosos das costas galegas xunto co do Prestige. Mais o agradecemento da Mariña non quedou só en dita condecoración, senón que esta tamén subvencionou a ampliación do porto de Lira, Portocubelo, que daquela só era un abrigo natural de illotes no que se traballaba unicamente en temporada de sardiña. Aos homes da zona outorgóuselles un diploma en agradecemento polo rescate, mais ás mulleres non. A Armada española intentou inutilmente reflotar o buque mais, ante a imposibilidade de conseguilo, decidiu entregarllo ás empresas de mergulladores da zona para que aproveitasen o seu despezamento. "Meu pai era un mergullador e gañaba cartos rescatando as pezas de metal que había no fondo do mar resultantes de naufraxios", conta Dosil. "Cando foi o do Ariete, o Goberno deu o barco a repartir entre as empresas recuperadoras de ferro da zona, entre elas a do meu tío, herdeiro da empresa de meu pai. A 50 metros da beira, un barco de ferro como era o Ariete, supuxo riqueza para todos". Porén, o agradecemento aos veciños e veciñas de Lira non foi de todo inclusivo. En pleno franquismo, co réxime paternalista e machista que imperaba no noso país, a Armada española decidiu obviar a participación das mulleres de Lira no rescate da tripulación do Ariete, aínda cando moitas delas arriscaran a súa propia vida para salvar a dos mariñeiros. Aos homes da zona outorgóuselles un diploma en agradecemento polo rescate, mais ás mulleres non. Miguel de Lira, recoñecido actor galego e natural da vila, opina que "esta é unha desas eivas históricas que se deben pór sobre a mesa para que se corrixan en termos históricos, pois o diploma merecíao calquera persoa que estivera no salvamento: homes, mulleres ou incluso eu que era un neno de dous anos". A homenaxe dos 40 anos Co paso dos anos, o naufraxio do Ariete pasou a formar parte da historia viva de Carnota; nas tabernas, nas tendas, nas casas... O boca en boca xeracional foi traendo até os nosos días a memoria viva das heroínas e dos heroes da praia do Ardeleiro, conseguindo que non exista carnotán que non se sinta orgulloso. Como di Miguel de Lira, "o tema do Ariete vai no ADN liracho, é unha historia que mamamos desde pequeniños a lume lento". Foi tal a importancia do rescate que no ano 2006, no corenta aniversario do naufraxio, o concello de Carnota realizou unha homenaxe en memoria dos mariñeiros e dos veciños e veciñas de Lira que estiveron presentes aquela noite. "Cando se fixo o 40º aniversario, coincidindo coa Festa dos Remedios, invitamos os poucos mariñeiros da tripulación do Ariete que puideron achegarse a Lira. Eu recordo que houbo algúns que se recoñeceron, e víñanlle as bágoas aos ollos", explica Saborido. Gómez engade que "foi unha homenaxe moi emotiva. Despois da misa fixemos a foto de rigor diante da placa e da áncora conmemorativa do rescate localizadas na praia do naufraxio. Cando chegamos ao lugar ninguén podía crer o éxito que supuxera o salvamento corenta anos atrás. Eu sentinme moi emocionado." Ese mesmo ano, o Festórreo, unha festa de gran popularidade en Lira, tamén celebrou a conmemoración dos corenta anos do rescate do Ariete. A modo de representación teatral, os veciños e veciñas da zona realizaron unha recreación do salvamento. Miguel de Lira, impulsor e participante neste evento, explica que se cubriu o hórreo de Lira cunhas chapas como se fose o barco e, na representación, narrouse todo o que fora sucedendo aquela noite. "Montamos unha performance espectacular; tardaremos anos en facer outra así". Nas festas populares, no día a día da veciñanza, na propia historia da vila... O mar sempre xogou un papel moi importante na vida das xentes de Lira. É certo que o mar é cansazo e sufrimento, mais todas aquelas persoas que o viven realmente, prefiren ollar a outra cara da moeda e afirmar que o mar tamén é un compañeiro ou unha nai, unha necesidade ou un vínculo. O mar, aínda que por veces sexa morte, sempre representará a vida. Os restos do 'Ariete' Moitas partes do naufraxio do Ariete foron recuperadas por veciñanza da zona, como a familia Dosil, que aínda garda os escafandros e os traxes de mergulladores da época, e poden encontrarse en diferentes lugares. Na capela da Virxe dos Remedios de Lira, en Carnota, consérvase o temón da fragata e outros obxectos, acompañados por unha maqueta do propio barco. A auténtica áncora do navío non é, como se pensa, a conmemorativa que figura no lugar do encallamento, senón que se localiza no concello de Muros, limítrofe co de Carnota. O naufraxio foi tan importante para a vila que, a día de hoxe, moitos dos veciños e veciñas de Lira aínda gardan un cadro do propio Ariete encallado coa Virxe dos Remedios nun dos extremos, que se vendera entre a veciñanza daquela e non é raro encontrar nos bares da comarca, como o recoñecido Bar Xouba, pequenos obxectos procedentes do navío ou fotos do propio rescate.
PRAZA_5531
Un proxecto financiado con fondos europeos defende o atractivo turístico das minas abandonadas en Galicia e obvia os efectos "devastadores" de moitas. Salvemos Cabana vincula o estudo con Euromines e ve nel "unha estratexia de márketing" para "lexitimar na UE as aberracións ambientais".
A finais do pasado mes de abril, o Instituto Geológico y Minero de España (Igme) presentou na Casa de Galicia de Madrid o primeiro Mapa do Patrimonio Mineiro de Galicia. O documento fai referencia a case cen minas galegas abandonadas e das que se seleccionaron 35 que conservarían importantes valores de cara ao futuro e que deberían ser recuperadas como atractivo turístico. Ese é o argumento que defende un estudo que ve nestes xacementos esquecidos unha oportunidade económica para o país. O Mapa do Patrimonio Mineiro de Galicia ve nas minas abandonadas un atractivo turístico e socioeconómico para o futuro O Mapa está impulsado polo proxecto Atlanterra -iniciativa entre rexións atlánticas europeas de dez membros entre organismos gobernamentais, administracións locais e organizacións relacionadas coa minaría de Irlanda, Gales, Francia e Portugal- e a rede Green Mines e está financiado con fondos europeos FEDER. Atlanterra conta con interesantes propostas como a investigación de antigos xacementos romanos, pero segundo denuncia Salvemos Cabana, tamén serve de "caixón de xastre para lexitimar todo tipo de proxectos causantes de efectos devastadores sobre o medio ambiente". Segundo o colectivo contra a megaminería contaminante, Atlanterra comparte teorías e conceptos que adoitan ser empregados por Euromines, o todopoderoso lobby europeo mineiro que tamén presionou a prol da mina de Corcoesto en Bergantiños, así como doutros numerosos proxectos. Tal e como advirte Salvemos Cabana, "parte do concepto erróneo da denominada 'paisaxe mineira" e insiste na idea de que a explotación mineira "transforma a paisaxe natural en 'paisaxe industrial', e tras o seu peche, na denominada 'paisaxe cultural". Esas son as mesmas ideas que aparecen na web do xigante grupo de presión, que teima no concepto de patrimonio mineiro como "oportunidade para unha ampla gama de experiencias educativas para as escolas, institucións de educación superior e o público" ao achegar "a posibilidade dunha maior conciencia pública e o respecto pola industria mineira e os seus procesos". Salvemos Cabana advirte da vinculación do proxecto co lobby mineiro e cre que "lextima todo tipo de proxectos causantes de efectos devastadores" "Son unha extensa cadea de eufemismos que poden servir para ocultar as graves consecuencias que acotío acompañan á actividade das industrias extractivas", denuncia Salvemos Cabana, que lembra que o Mapa "considera un patrimonio auténticos desastres ocasionados pola industria mineira en zonas de Galicia como a comarca de Valdeorras, a mina de Touro ou o Monte Neme, entre outros". De feito, o Mapa del Patrimonio Minero de Galicia inclúe como exemplo unha referencia directa á situación causada polo sector louseiro en Ourense afirmando que "a mestura de zonas abandonadas de explotación de lousa con canteiras en actividade, constitúen paisaxes mineiras de ladeiras descarnadas". Pero obvian, segundo denuncia Salvemos Cabana, que na comarca de Valdeorras "máis de 30 quilómetros cadrados da Serra do Eixo convertéronse en descomunais entulleiras que superan os 400 metros de altura, secando varias decenas de quilómetros de tres afluentes do Sil e que a zona non admite ningún tipo de restauración posible". "O lema da rede Green Mines de 'xestión ambiental sostible dos espazos degradados pola actividade mineira' non deixa de ser unha falacia e un mero lema propagandístico a favor da industria", din. O documento destaca as posibilidades dos xacementos abandonados pero "obvia" casos como a destrución na comarca de Valdeorras Salvemos Cabana considera que tanto o proxecto Atlanterra como a rede Green Mines, impulsores da publicación, "forman parte dunha estratexia de marketing financiada con fondos estruturais comunitarios e apoiada polo lobby europeo da Gran Minaría (Euromines) que nalgúns casos pode servir para lexitimar a nivel da UE as aberracións ambientais cometidas polas industrias extractivas". Porque, aínda que o Mapa procura obxectivos beneficiosos como "aproveitar o patrimonio das áreas mineiras abandonadas para contribuír ao seu desenvolvemento socioeconómico" a través "da promoción do turismo cultural e de natureza (xeoturismo), a divulgación da cultura e tradicións asociadas ás actividades mineiras, e a xestión sostible deste patrimonio histórico-cultural e natural", o caso é que os colectivos contra a megaminería contaminante ven nel unha lexitimación dos desastres provocados pola actividade extractiva esaxerada e sen control das últimas décadas en Galicia. "É unha estratexia de márketing financiada con fondos estruturais comunitarios e apoiada polo 'lobby' europeo da gran minaría" A plataforma insiste na vinculación destes proxectos co lobby Euromines e lembra que foi este grupo de presión o que defendeu a mina de Corcoesto en Bruxelas acompañado por alcaldes da zona ou que o científico que avalou o impacto do proxecto de Edgewater nas augas da comarca de Bergantiños tamén viaxou con este grupo á capital europea na procura de apoios. "O mapa permite visualizar a potencialidade dun patirmonio que podería utilizarse como recurso xeoturístico con capaciade para atraer visitantes", dixo na presentación do Mapa Ángel Ferrero, un dos seus autores e ex director do Igme en Galicia. A guía recoñece máis de trinta puntos de interese turístico mineiro: catro na Mariña, un nas Pontes, tres na comarca de Bergantiños, dúas no Deza, catro na área de Vigo ou máis de dez na provincia de Ourense, entre outras.
NOS_41297
A Consellaría de Educación aposta por unha entidade privada para achegar o alumnado de ESO e Bacharelato conceptos como o consumo responsábel, o aforro ou os tipos de financiamento.
Fechan oficinas pero o Banco Santander cada vez ten máis pegada na Galiza. Un exemplo é o programa Finanzas para mortais, promovido pola entidade que preside Ana Botín e a Universidade de Cantabria, que a Xunta levará a 42 centros educativos a través de Eduemprende, a súa iniciativa para fomentar o espírito emprendedor no sistema educativo. Será pois unha entidade privada e non o Banco de España e a CNMV, que desenvolven conxuntamente o programa de educación financeira Finanzas para todos (e non para mortais), a encargada de achegar a perto de 1.400 alumnas de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato conceptos como o significado dos cartos, o consumo e o aforro responsable, a renda variábel, os créditos e empréstitos, o cambio de moeda, o emprego de tarxetas no estranxeiro, os impostos, a débeda pública, a xubilación, os tipos de financiación, a cotización á Seguridade Social ou as diferenzas entre persoa física ou xurídica, entre outras. O Santander, que aínda ten pendente de concluír o plan de peches de oficinas na Galiza e as reclamacións pola dilución do valor dos títulos do Popular no proceso de integración, entre outros asuntos, contará con 43 alumnas voluntarias do ciclo de FP superior de Administración e Finanzas e persoal do propio banco para impartir a formación. A actuación forma parte do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo, Eduemprende.
NOS_5589
A flota cefalopodeira galega que faenaba en augas de Mauritania retomará as mobilizacións se a Xunta non se compromete a reclamar un novo acordo entre a UE e o país africano que permita aos 20 barcos afectados regresar ao traballo
"Non pintamos nada en Europa e os que tiñan que petar na mesa non petan". O responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, resumiu nesta frase o que está a acontecer coa tramitación do acordo pesqueiro entre a UE e Mauritania "que supón a expulsión dos barcos cefalopodeiros galegos do caladoiro africano". Aboi adiantou que os afectados "non se van quedar quietos" e que nos vindeiros días convocarán protestas "porque ou se move a Consellería de Pesca ou non quedan esperanzas, xa que de Madrid e de Bruxelas non podemos agardar nada". Quer a CIG quer os armadores e os mariñeiros critican que a flota cefalopodeira "sexa utilizada como moeda de cambio para mellorar as condicións dos barcos peláxicos e marisqueiros españois que faenan en augas mauritanas". Dende a CIG-Mar insisten en que non se trata dun problema científico, senón político e acrecentan que non hai razóns obxectivas de esquilme dos recursos que ampare a expulsión dos barcos galegos desas augas norteafricanas. Multas por se manifestar Finalmente, denuncia que están comezando a recibir multas por teren participado nun acto celebrado na Coruña no que estaban presentes o ministro español e a comisaria europea de Pesca. A pesar de non se teren rexistrado incidentes, as propostas de sanción abalan entre os 300 e os 6.000 euros.
PRAZA_6186
A asociación de consumidores Ausbanc ven de denunciar publicamente o que considera "acoso por parte de Ignacio Moliner, que foi executado co apoio e colaboración de Pilar Farjas
Pilar Farjas Abadía é Secretaria Xeral de Consumo, no Ministerio presidido por Ana Mato, desde finais de 2011. Para ocupar ese posto deixou a Consellería de Sanidade de Galicia, onde estaba desde 2009. Antes de todo isto fixera carreira profesional no mundo da Saúde Pública acadando certa notoriedade como experta en vacinas. Tamén é coñecida polo seu fervor relixioso (Romay comparouna con Santa Teresa). No barrio de Labañou, na Coruña, aínda lembran os seus tempos de catequista. Mais isto non foi obstáculo para que apoiase medidas tan duras como o Real Decreto Lei 16/2012 (que exclúe da cobertura sanitaria a centos de miles de persoas), ou a resolución de setembro de 2013 (que obriga ao copagamento dos fármacos de dispensación hospitalaria aos crónicos con doenzas graves). Era tan cruel esta norma que as CCAA non chegaron a aplicala. Ignacio Moliner Robredo é un alto cargo (director de comunicación) do BBVA. É concuñado de Pilar Farjas (irmá de Mercedes, casada con Fernando Moliner, irmán de Ignacio) Ignacio Moliner Robredo é un alto cargo (director de comunicación) do BBVA. É concuñado de Pilar Farjas (irmá de Mercedes, casada con Fernando Moliner, irmán de Ignacio). Mais ese non é o único vínculo entre ámbolos dous. Moliner Farjas SL (posteriormente denominada Activitas Inversión Inmobiliaria SL) é o nome da empresa constituída polas familias Farjas e Moliner. A empresa participa en diversos negocios. Por exemplo: BBVA vende vivendas de Activitas. Unha das promocións de vivendas da empresa Activitas figura entre as ofertadas na plataforma Anida (considerada o "banco malo" de BBVA); é unha promoción de 75 vivendas co nome de "Residencial Calcio" en Madrid. Hai membros da familia que obteñen outro tipo de beneficios: Concepción Moliner –irmá de Ignacio-, foi nomeada directora do hospital Miguel Servet de Zaragoza, cando levaba máis de tres anos no paro, despois de licenciarse en Medicina en 2006. Xa vemos que a relación entre Moliner e Farjas non se reduce exclusivamente ao vínculo familiar. A asociación de consumidores Ausbanc ven de denunciar publicamente o que considera "acoso por parte de Ignacio Moliner, que foi executado co apoio e colaboración de Pilar Farjas, presidenta de Aecosan (Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición)". Esta organizacion asegura que existe unha "estraña coalición" entre ambos para prexudicar a Ausbanc; o certo é que poucos días despois de que unha sentenza do Tribunal Supremo (a instancias de Ausbanc) obrigara ao BBVA a eliminar as "cláusulas chan" das súas hipotecas, Aecosan, presidida por Farjas, admitiu a trámite unha denuncia de dito banco contra a asociación. A asociación de consumidores Ausbanc ven de denunciar publicamente o que considera "acoso por parte de Ignacio Moliner, que foi executado co apoio e colaboración de Pilar Farjas Ausbanc está inscrita no REACU (Rexistro de Asociacións de Consumidores e Usuarios) desde primeiros de 2012, o que lle permite acceder a subvencións públicas e participar nas reunións do CCU (Consello de Consumidores e Usuarios), actualmente presidida por Manuela López Besteiro (que foi conselleira nos tempos de Fraga). Ausbanc, no seu escrito, é moi contundente con este organismo: "el CCU es la olla en la que se cuece el reparto de fondos en forma de subvenciones. Es un nido de corrupción". Despois do "acoso" realizado por Moliner o BOE publicou, no mes de maio, a expulsión de Ausbanc do Rexistro, "cando xa tiña solicitada a baixa voluntaria". Se cadra esta historia non está completa, e outros poderían aportar máis datos. Pero Ausbanc finaliza o seu relato cunha conclusión: a clave está nos lazos familiares e económicos entre as familias Moliner e Farjas.
NOS_15727
O crime produciuse en Rivas Vaciamadrid (Madrid).
Unha muller de 40 anos de nacionalidade española recebeu varias coiteladas mortais a mans da súa ex parella, un cidadán colombiano de 20 anos. A agresión produciuse na morada da vítima por volta das 22 horas do último día do ano. A muller foi trasladada por efectivos da policía local ao servizo de urxencias do Hospital Gregorio Marañón e morreu durante a madrugada do primeiro día do ano. Os médicos non puideron facer nada por salvar a súa vida. O agresor, sobre o que pesaba unha orde de afastamento, foi imediatamente detido, sen opor resistencia.
PRAZA_952
Revisión de Tertúlia, de Xoán Castro, editada por Xavier Alcalá a partir dos documentos orixinais do autor
❧ Epílogo de Tertúlia revisitada, No que Joán Castro Méndez documenta veleidades e misérias que moven a críticos literários e jurados de concursos ❧ Para: [email protected] Enviado: terza 22/1/2014 20:21 CC: Asunto: Aventuras argentinas, Tertúlia e babas (malas) galegas Boa noite, camarada. Non vai tardar a Ana en vir dicir-me que pare de lle dar ás teclas, que ja son horas de irmos para a cama; pero necesito escribir-che. Ja estou de volta de Buenos Aires, malia que o avión se parou no medio da pista de Ezeiza cando o piloto lle ia dar gas. O home pediu desculpas e dijo que logo os mecánicos ian resetear (sic) o aparello e seguiamos. Ainda ben que non houbo que resetea-lo a 10.000 metros de altura... O caso é que perdín case un dia e por iso tardei en responder-che. Estiven co Tommy, que che manda memórias. Fomos á estáncia onde fai o procesado completo da carne "ecológica" e deu-nos tempo a falar dabondo ollando para unha lagoa, fumando e mateando. Contou-me como lle roubaron a empresa de supermercados de carne, a punta de pistola. A intriga é-che moi longa, pero resumo: "manifestantes" (pagos) asaltaron-lle oitenta supermercados en canto a policía ollaba a pillage sen intervir. Como o chefe de seguranza da empresa se moveu moito logo do ataque, raptaron-lle a muller e devolveron-lla coas mamilas cortadas. Ese foi o primeiro aviso de que ian polo Tommy e os sócios "gringos". Despois o sindicato dos camioneiros pujo-se a impedir que funcionase a logística e aí a empresa comezou a ir a pique. Daquela é cando o grande político que manejaba os fios chamou a capítulo. Citou-nos (ao Tommy e ao director geral) nun dia de moita calor. Apareceron vestidos como creron que cumpria, con "remera" de manga curta, e os gardas figeron-lles pór unhas gravatas sobadas para entraren na sala onde os esperaba o chefe dos ladróns. Seica reina nun ministério do tempo do Perón, estilo fascista, todo grande e sólido. Alí, o Alí-Babá, ben trajeado, recibiu-nos con música gregoriana a encher un espazo decorado con estampiñas de todos os santos, os oficiais e os populares. ¡E cun revólver enriba da mesa! Pensaban que lles ia pedir coima, e que cun millón de dólares saldarian a cousa, pero non: queria todo, "todo para el pueblo". Tiñan que lle "transferir" a cadea de boutiques da carne a un fondo de investimentos "popular". Non tragaron e un dia presentaron-se-lles nas oficinas da empresa uns pistoleiros cos documentos de transferéncia preparados, e obrigaron o Tommy a asinar, si ou si. O fondo de investimento beneficiário só existiu para recibir a empresa e volve-la vender, a unha multinacional de alimentación barata. O Tommy calcula que o roubado se venderia por uns cincuenta millóns de dólares. Roubaron-lle quince anos de esforzos; pero el e os directivos da compañia, e as súas famílias, están vivos. Só se encarnizaron coa pobre da muller do director de seguranza. En fin: un país bravo, canalla, onde a vida vale distintamente que nas nosas terriñas vellas e pobres. Un país cheo de mitos, onde gaña adeptos o culto ao Gauchito Gil, que, antes de ser degolado, lle dijo ao seu verdugo que o fillo lle ia enfermar, pero que lle rezase a el, que llo salvaria. Agora ten santuariños pequerrechos ata nas estradas máis duras da Patagónia. Naquelas terras nuas, naqueles desertos durísimos, bandeirolas e casetiñas vermellas marcan lugares onde pararen os devotos a pedir grazas ao mártir gaucho e deixar-lle ofrendas de tabaco e viño.... Os meus colegas patagónicos están dispostos a entrar no projecto paralelo ao voso. Ora, insisten no do motor de explosión de hidrógeno. Non queren saber da células catalíticas. Pola nosa parte non hai inconveniente, ainda que vejamos a tendéncia ianqui moi cara ás células de conversión. Vós facede as vosas investigacións e seguimos co asunto. A "capital do petróleo" –e do vento– recibe coma sempre, facendo que o avión pousado se agite sobre a pista por culpa dos refachos. Nada máis saír del un sabe-se nun mundo de aventuras, nun espazo de poeira, aire furioso, gente e animais raros. Traio material para outro novelón, desta volta sobre o "merengue" no que alí se meteron os galegos (franquistas ou non) e os alemáns (case todos nazis) entre 1935 e 1945. Ja vejo unha espécie de ópera do petróleo e o vento, con galeguiños arrimados aos que pensaban que ian gañar a guerra. As intrigas foron brutais, tendo en conta que as tres grandes petroleiras da época eran a alemá, a inglesa a e a holandesa. Ja poucos galegos vellos van quedando, pero algún lembra os protagonistas de 'Os catro jinetes do apocalipse' en versión patagónica. A relación amarga entre alemáns, ingleses e holandeses seguiu moitos anos naquelas parages inhóspitas. Deron-me fotos dun sósias do Hitler. Seica ata os estertores do III Reich todos os alemáns se disfrazaban de caqui e andaban co brazo en alto desfilando diante do home, realmente moi parecido... Ben. Falamos. Chamo-te e imos tratando do fundamental, o projecto, a joint-venture galaico-ianqui con argentinos ao fondo. Seria incrible que, despois de tantos anos, volvésemos coincidir en algo ilusionante. Ainda máis incriblemente delicioso se andarmos juntos polas "paisages eternas" –como lles chamaba Darwin– da fin do mundo austral... Agora vaiamos ao que me dis da "novela fraccionária": Moi agradecido pola localización de grallas e a sugestión de cámbios a cursiva. Con todo, prefiro aceptar no galego, por exemplo, 'jacaré' ou 'caboclo' a marca-los como alleos ao código básico. O lector logo integra esas palabras pois resulta evidente polo contexto que se fala de caimáns e mestizos. Canto ao do "território selvático inventado" que dis, ja sabes que ódio cousas como "Región" ou "Brétema" (nome bretemoso de lugar polo que seica se pelejaron dous vates galegos). Observa que nunca nomeo os lugares maiores que se poidan identificar, nin fago unha descrición regional que obrigue a compara-la coas que aparecen nos mapas. Como moito, arrisco en "Serrinha" mais ese é topónimo que convive con outros do mesmo lugar nunca mencionados (mando-che ligazón). E respecto aos das aldeas con nome de santo, abonda con andar por eses mundos e ver o que figeron os misioneiros. Tanto ten Santa Isabel coma Santa Irene ou Santa Apolónia. Primeiro habia un nome indígena, despois o que lle pugeron os cregos e, en moitos casos, un terceiro nome laico, estadual. Ja hai moito que nas novelas evito os nomes de poboacións... ou os deixo ben claros. Nada de solucións intermedias nin de invencións, de Vetustas nin de Marinedas. Ou non ou si. Esta cidade miña –e tua, por moi emigrante que sejas– non parece mencionada en todo o texto, mais por iso non deixa de ser identificable cun pequeno esforzo de pesquisa. Finalmente, desenterro dos arquivos unha mostra de capacidade crítica, e profunda visión de futuro, dun personage hai tempo desaparecido do Impaís Levitante ao que supoño que lembras. Pasaron trinta anos desde que tivo a visión sobre 'o abrigo do sol'. Seica agora anda por Barcelona, e non ten cancha máis que nunha publicacionciña digital. Se cadra, un dia mando-lle extracto de vendas de 'O abrigo do sol' na primeira versión, novela que "aburre" segundo el. Pasa-o ben e non deixes de mover o projecto. Necesito ver-te e tocar-che, hóstia. ❧ -------------------Desde a soleira (Xulio de 1985) ------------------- X. M. Dacosta A tertúlia de Xoán Castro Nos últimos meses do pasado 1984 levantouse moita expectación sobre unha novela que parecía destinada a fracasar concurso tras concurso, cun empeño do autor que non debe saber iso de que "nunca segundas versións foron boas". Corrían as fotocopias do texto e –cómpre recoñecelo–, lendo diferentes anacos do mesmo, un imaxinaba algo impactante, tecido con altas doses de iconoclastia e descaro. Mais, lida xa a obra completa, Tertúlia, pode haber mudanzas de opinión. A obra de Xoán Castro foi finalista do premio de Edicións Totais pero acabou sendo publicada –con exquisito coidado– por un editor emerxente no panorama literario do país: Cotelo Arbo. Falouse de diñeiro, dun xeneroso adianto, do morbo que pode levar ás boas vendas, e agora, co libro na man, chega a sospeita de que o consello editorial do Cotelo non acertou. Tertúlia é un exercicio de vontade ao que non acompaña o talento. Castro tenta mostrar unha historia de escritores e obras de xeito fraccionario, con textos que logo o lector vai unindo sen precisar de axuda. Corre nos primeiros anos da Transición, hai unha tertulia e un pequeno grupo de literatos que sobreviven nun ambientiño provinciano, parroquial se cadra, con mínimos logros e alegrías pequeneiras, temendo cambadelas doutros e mesmo deles, que se din amigos. Un premio de contía importante serve de catalizador para unha reacción común a todos os tertulianos: ás caladas preparan obra para competir. Como diciamos, hai vontade narrativa, e sinceras pancadas aos clans que administran os loureiros, vacas sagradas e "cuxos sagrados". Mais o resultado é mediocre. Ou os resultados, pois o texto ten dous relatos, o da vida cotiá do autor que está a realizar un plaxio e o da novela plaxiada. No primeiro, Xoán Castro Méndez retrátase abertamente, e retrata persoas que converte en personaxes a penas con mudarlles os nomes. Non se lle poden negar retallos de texto moi ben realizados, con notables riscos de humor; mais con frecuencia desaproveita o momento do sarcasmo ou da tenrura, ou da mestura de ambos. Castro é frío, notarial, científico. No segundo relato, a "novela interior" tampouco sobra emoción, nin emotividade. Hai demasiada descrición, ao estilo dos tempos en que o cine nin se soñaba; e sobra discurso, pensamento de personaxes. Querendo ser unha novela de aventuras, carece de acción e axilidade, as propias do xénero. Nalgún intre, aburre. Induce a facer como coas novelas de Verne, pasar páxinas descritivas. Con todo, convén recoller palabras dunha das persoas reais que Castro Méndez converte en personaxe: "uns escriben ensaios e outros, novelas". Se cadra, o camiño escollido polo autor de Tertúlia é tan válido coma o do alegato formal contra os que viven comodamente instalados no inmobilismo, fachendosos e orgullosos, dispostos a repartiren prebendas a quen os obedeza. Aínda así, é unha pena que o esforzo do novelista, neste caso, non o levase ata un obxectivo necesario. O seu discurso novelístico, arriscado, valente, resulta por veces de difícil lectura. ❧ Para: [email protected] Enviado: quinta 30/1/2014 01:42 CC: Asunto: Miscelánea en horas cansadas A min tamén me sorprendeu que o TIME escollese o papa sudaca como figura mundial do ano. Estou contigo, non sei o que o Bergoglio lle dá a esa revista... Ora, no número seguinte ¡como lle zorregan ao crego porteño os lectores! O tano Bergoglio é-che un demagogo por definición, e volvemos ao de sempre: non se pode ser honrado alimentando unha mentira inmensa coma a da religión. Quen puidera entrar na mente dos cregos máximos para tentar entende-los. ¿É que non perciben a sua falsidade? ¿Como se atreven a insistir en que a gente ten que "crer" en algo? O problema da Humanidade non é crer en Cristo ou en Mahoma: é crer. Crer é algo indecente, inmoral, contrario á ética humanista. Onte volvín ao do Foro do Envellecemento Activo e á saída fun tomar uns grolos co Meiriño (un dos poucos de nós que ten netos en proporción normal). O tipo é admirable pola serenidade coa que encara a puta existéncia. Insiste en que a vida ten razón per se, sen necesidade de inventos de deus e demais tolerias (que el chama "antigüidades"). Comentamos a nova de que os astrónomos franceses están a estudar un choque de estrelas a moitos millóns de anos-luz, e acabamos coincidindo en que un caradura coma o Bergoglio sabe tan ben coma nós que o cerebro humano non está desenvolvido dabondo como para que lle caiba o Universo dentro. Por iso acepta o conto da Máquina Divina... En fin, falando de cerebros: O Avelino convenceu-me para facer unha revisión geral, con genómica e todo o quincallo. Figen-na e, polos resultados ja sei que, salvo accidente maior, vou morrer de derrame cerebral sen pasar por demencia senil: ¡olla que linda cousa! Tamén sei que teño unha capa dun centímetro de profundidade de masa cerebral morta (ve-se moi clara na tomografia), pero que non me teño que preocupar porque me sobran billóns de neuronas. A seguir, teño acúfenos, sinusite crónica, os tendóns dos ombros esmendrellados, hérnia de hiato, fígado graso, un quiste nun ril e unha boa pedra noutro, divertículos no intestino groso e hemorroides internas... pero andan-me ben o corazón, os brónquios e os pulmóns. Non entran na lista os ósos rotos e compostos, do brazo e da perna. Gastei os cartos para ter un mapa das eivas que un debe tratar de conservar como están, evitando que vaian a peor. O Avelino –agora metido a forense– resume que o organismo humano non está preparado para funcionar ben alén dos cincuenta anos. Vivamos logo avaramente, escribamos a cotio os que temos ainda moito por contar... Outra cousa: a fin de 'O Abrigo do Sol'. Paciéncia, ho, que a nosa protagonista che ten que dar unha sorpresa no epílogo. Eu non imaginaba o que ia ela decidir ata que chegamos ao final do percurso. Volvendo ao que tantas veces temos falado, os lectores pensades que os narradores sabemos todo o que lles vai pasar aos nosos personages, pero non é así: as neuronas que nos van ficando vivas ja se conectan entre elas de maneira que descubren as aleatoriedades dos seres da novela. Deixa-me repousar o epílogo un par de dias, para lle facer as correccións de forma que me pareceren máis interesantes e, daquela, ja cho mando. E deixa-me tamén que che fixe a miña postura fronte ao Chuco Eiras, que tanto te impresionou co seu artigo no Post. En primeiro lugar, "o escritor galego máis internacional" non escribe en inglés. Nin sequera o le. O que sabe de literatura inglesa veu-lle traducido. Ese artigo pasaria polo seu promotor de Oxford. Algún galego do departamento que comanda "o filólogo inglés namorado de Galicia" faria-lle a versión para manda-lo aos EE.UU. ¿Que o artigo está ben? Sen dúbida: como non, se o Chuquiño sabe armar poesia co chapapote. O título ja é un acerto: Black Sea Foam, si señor... Logo do que pasou nas costas de Alasca e do Golfo de México, en Ianquilándia ten que impresionar moito unha visión épica dos mariñeiros e os voluntários a limparen o petróleo na Costa da Morte. ¿As miñas críticas para o Eiras talentoso? A caradura e a teatralidade. Non me meto na sua incapacidade para escribir unha novela de fuste, porque todos temos o dereito de andarmos a probar para equivocarmo-nos. El é un profesorciño de instituto que tivo o acerto de abandonar tan triste choio para se dedicar a un jornalismo poeticoide e "implicado", como se di agora. Apostou e triunfou coas suas reportages e as suas pílulas narrativas. O grupo editorial para o que traballa projectou-no fóra de España, en Fráncia e Inglaterra. E agora vai-no projectar no Brasil: sei de boa fonte que ese grupo está a preparar o desembarco alá coa idea de aproveitar sinérgias e publicar en modo digital jornais, revistas e mesmo libros. Eu non son o Mourín, non sinto a alma traspasada porque o Chuco Eiras me eclipse. Mesmo me alegro polo Chuco, e agradezo-lle que nos valla de paladín e porta-estandarte aos non promocionados; o cal non me anima a ler as suas novelas, nas que se sabe o que vai pasar. Os personages obedecen-no. Son clons de si mesmo, formas de se presentar disfrazado. Outra cousa é tanta inmadurez das guedellas logo dos cincuenta anos, e a conachada das gafas de sol ata nos salóns de actos, para as sacar e mostrar os belos ollos azuis ás mulleres asistentes; e tanta showmanry de se pór á fronte das manifestacións para ler discursos inflamados de amor ao pobo: non dá puntada sen fio; toda canta dá ajuda-o a coser o traje de máximo expoñente da "narrativa combativa" do Impaís. O problema con el teñen-no os escritores que queren emula-lo e non poden, os que non saben ser coma el un tipo "riquiño" para lectoras a partir dos catorce anos. En canto eles desprezan a literatura infantil, o Chuco meteu-se a facer contos para nenos, nenos que –impulsados polas suas profes, adoradoras do génio– se converterán en futuros lectores das obras completas do "artista que manda (sic) en toda unha geración de escritores", no entender dun académico. Hai pouco, un competidor dicia que ao Eiras "acaban-se-lle as metáforas. Anda a repeti-las. Haberia que facer un estudo desas repeticións". Tanto che me ten. O Chuco non deixa de ser un artista menor, que fijo unha cousa moi fea que afectou as miñas vaidades de escritor (de imbécil que foi capaz de tropezar várias veces na mesma pedra)... Pero iso seria motivo de início para unha nova história sobre as incontables trapalladas e falcatruadas dos concursos literários. Remato por hoje, Ferminciño, co medo de todas as noites: a morrer durmindo sen ter rematado o que ando a facer. O Avelino dijo-nos ao Luís e a min que no ciclo diário da presión sanguínea o pico produce-se de madrugada. Por iso é que amañece a gente morta. Coido que o Luís non dorme ben desde que nolo dijo o Ave. En fin, falando de morrer, vejo que morreremos aturando a monarquía dos Bobóns Puigmoltó. O fillo de puta do Paquita –ou Cerillita– de Ferrol deixou todo atado e ben atado, atadísimo: seica fan falta tres quintos dos votos do parlamento para modificar a constitución da merda (que é coma deus: parece que existise desde sempre, que fose unha lei eterna). Por certo, onte morreu o Blas Piñar, que sempre se opujo á "carta magna" franco-bobónica. Ainda me lembro do dia que fomos o Luís, ti e eu ao colégio maior de Fuerza Nueva escoitar aquel filósofo falangista: "La filosofia es facunda, fecunda, ficunda, focunda e fucunda". O Blas e el, alí, coa camisa azul e a gravata negra ¡que ben falaban!, ¡que paixón por "la lengua que me sabe a pan blanco"! Sempre me quedará por escribir a novela dos colégios maiores, e non preciso documentar-me: o Luís e ti sodes os meus arquivos falantes. Ata loguiño, que estou moi canso. Para: [email protected] Enviado: domingo 2/2/2014 23:02 CC: Asunto: De fútbol e concursos literários (todo corrupción) Ben, camarada emigrante e triunfante (hoje o meu fillo Antón opinou sobre vós os ianquis: sodes uns nenos grandes con cartos), pasei a tarde de onte e a mañá de hoje a repuír o epílogo de 'O Abrigo do Sol' e procedo a mandar-cho. Ja me informarás de fallos, e opinarás sobre o que, ao final, a Walkíria do cabaré decidiu facer da sua vida... Respondo-che ao que preguntas sobre o fútbol. Certamente, os caraduras do Dépor deben-lle á Facenda cen millóns de euros; e a Facenda non embarga as pertenzas do club. Sen embargo, a min embargou-me cen euros –millónesima parte da débeda escandalosa– por unha sanción non paga. Oín dicir ao novo presidente dese circo de pallasos con balón que o fútbol é "unha empresa de sentimentos". ¡Terrible! Tan indecente é o presidente dun club de fútbol coma un bispo. Venden ilusión, no senso máis triste da palabra: o que desnorta os ilusos. Se a religión é o ópio do pobo, o fútbol é o LSD das masas, o que as fai alucinar. Non hai nada que me torza a idea. Tan esquizofrénico é un home de Ciéncia que cre no espírito santo coma unha persoa educada que se mete na masa dos seareiros de calquera equipo. Se o Chuco Eiras agora anda a apoiar o seu "club de sempre", será porque ve niso unha maneira de se lucir e gañar lectores. Se te impresionou a sua defensa dos novos administradores do club, di-lle da miña parte que non se pode ser honrado no fútbol porque é unha actividade podre na base. Abonda con ver o que se lle paga a un pallasiño saído da "canteira". Se por dar couces a unha bola se lle dan cen mil euros ao ano, todos os rapaces quererán facer o mesmo, e aí comeza a medrar a podremia... Tamén che respondo sobre o meu secreto encabronamento co Chuco. ¿Queres saber que pasou e nunca –de puta rábia– che contei? Pois toma o que segue como unha nota da miña Navegação de cabotagem - Apontamentos para um livro de memórias que jamais escreverei (salvando distáncias, hei emular o Mestre Jorge Amado). Imos alá: Ja metidos nos anos 90, eu tiña unha novela rematada, a repousar, cando o Luís (sempre o Luís nestes enguedellos) me veu coa nova dun concurso de "narrativa" moi movido e promovido. A miña novela era unha história de mistério, de pasar páginas doadamente á procura dun cofre de corsário, contada dun jeito naturalista, realista. Tiña os ingredientes dun bo cocido, coas suas ricas partes para mesturar. Ao Luís e a min pareceu-nos ben arriscar-se a lanza-la á competición. As feridas da 'Tertúlia' cicatrizaran e... mandei a novela ao concurso. Non tardei en ter o primeiro aviso de que o meu texto chegara á selección final, porque dous membros do jurado me digeron, por separado, que algo incomún, co meu estilo, lles caera nas mans e leran con moito gusto. Un deles mesmo se comprometeu a levar a novela ao triunfo. Mais as cousas viraron-se e alá apareceu o Chuquiño na televisión –nas televisións, que daquela o Impaís ja tiña a sua– triunfante e sorridente. Un editor chamou-me agiña e contou-me que me figeran unha cabronada, que unha novela miña estaba ja para gañar cando un membro do jurado foi misteriosamente sacado da juntanza de discusións finais e, a partir de aí, mudou o voto. Ainda máis, este editor rejeitara publicar o texto premiado porque era unha colección de contiños tan escasa de volume que non daba para un libro merecente do seu selo. Poucos dias despois o membro do jurado que se comprometera a defender a miña novela chamou-me e convidou-me a uns cubalibres. Queria descargar responsabilidades. Contou-me que, cando lle pediu explicacións ao compañeiro de jurado que foi chamado de urgéncia e mudou o voto, este dijo-lle que o informaran de que o Chuco Eiras tiña moita necesidade de diñeiro porque un irmán seu padecia unha enfermidade grave. O meu valedor non preguntou quen figera o aviso: tanto tiña que fose o Eiras directamente como que fose un mandado, ou un padriño. "Esas cousas non se fan, Castro", concluiu, cunha sentenza que repetiria segundo os cubalibres aumentaban de efecto. Ao coñecer algo tan vomitivo, neguei-me a deixar publicar a miña novela con cualificación de finalista, como me ofreceu o editor o que aceptara ocupar-se dos contos do Chuco. "Mira que te arrimas a unha boa sombra", así me quijo tentar; pero non accedín, cheo de carrage. Pactei co outro editor pór a miña novela na rua evitando calquera referéncia ao concurso en que se figera tamaña cagada. O home pediu-me que lle mandase agiña o disquete co texto, para compo-lo e maqueta-lo. Queria adiantar-se á publicación dos contiños do jornalista dos lentes escuros e os ollos claros. O editor do Chuquiño mandou adiantos de obra a revistas e jornais, mais non aparecia o libro. A obra desejada por mil adoradores do famoso tardou meses en aparecer. ¿Por que? Pois –como confirmaron vários membros do jurado– porque o famoso tivo que escribir máis contos para que se justificase o libro. O feo é que a editorial pregoaba que se correspondia co original premiado. Mentira. E isto correu, houbo quen botou contas, conjecturou que o original non chegaba a ter o número mínimo de páginas exigido nas bases do concurso, e seica o Chuco tivera que parir algo novo para evitar protestas de concursantes. En fin: unha trangallada que, co tempo, me trouxo moitos pases de man polo lombo, infinitas condoléncias en voz baixa de quen se consideraba no círculo dos informados, dos coñecedores da intriga... Deixo-te por hoje, logo de che confesar o sentimento que me domina ao pensar na novela que rematei, unha máis. É o sentimento do derradeiro baño nunha praia desas que un vai descubrindo, en Creta, en Jamaica, no Cabo Verde... É mellor saír rapidamente da auga sen ollar para atrás. Adeus ao gozado, coa esperanza de algún dia volver gozar algo semellante. Imagino o momento en que chegues á palabra "ouro" coa que remata 'O Abrigo do Sol'. Sei que ao le-la vas sentir o mesmo ca min ao escribi-la: que nadabas a gusto... Manda-che memórias o Patrício, que nos ten preparado para mañá un cocido terrorífico, con non sei cantas entradas. Arranjou-no nun lugar moi recomendable, a cafeteria dunha gasolineira nun polígono industrial. Hei-te levar alá cando veñas, que guisan de medo. É un templo da gastronomia camioneira. Ata loguiño. ❧ O ABRIGO DO SOL – Capítulo 12º O diamante azul O funcionário das migracións do aeroporto sabia que non era de bo gusto, que non ficaba ben, pedir-lle a unha persoa con pasaporte diplomático sacar os lentes escuros para el contrastar a image da foto. Mais neste caso fijo-o porque tiña autoridade para face-lo e porque o mataba a curiosidade, pois trataba-se dunha beleza de muller. A dama descubriu uns ollos azuis coma lagos que se afinasen aos cantos imitando perder-se no horizonte. Moza nova, aí por volta dos trinta anos, traía o cabelo louro e laso coma o das estrelas do cinema, cortado à la garçonne; e tiña o nariz recto, os beizos carnosos sen pintura, o queixo unha miga partidiño, como invitando a pór nel un dedo e levantar-llo pedindo un beijo... Caramba: o policia sorprendeu-se co seu pensamento en canto selaba, pechaba e devolvia o documento de identidade internacional da Dra. Helga Von Schultz. Non habia impedimento para que a pasageira abandonase a República Federativa do Brasil con destino á República Federal da Alemaña, canto máis se pertencia ao corpo diplomático do seu país, o do "milagre", o que se reconstruia logo das inmensas destrucións da guerra... Ora, á vista profesional do funcionário uniformado, habia elementos que non encaixaban naquela figura a camiñar para a pista cun abaneo de bailarina: cabelo demasiado curto, mesmo que lle servise para mostrar un pescozo esvelto e desejable, roupa máis de excursión a cabalo que para voar en Super Constellation... Pareceria que a camisa e o pantalón fosen escollidos para faceren jogo coas botas e o cinto basto que lle apertaba o van sobre os cadrís de fémia poderosa. En fin, excentricidades das europeas que paseaban por Suadamérica, por terras de aventura para elas. Quizais viajase así para chamar a atención á sua chegada na Alemaña, como se viñese de cazar jacarés no mato. O funcionário esqueceu aquela muller interesante mentres controlaba pasaportes de gente vulgar, cadaquén coas suas peculiaridades, que o distraeron. Mais cando rematou o embarque do voo, volveu-lle ao magín a bela nórdica vestida de exploradora. Ficara-lle como a image máis forte das que desfilaran por diante del; e dentro desa image salientaba o cinto, imprópio dela. Agora, sen que ja o distraese tanta harmonia do conjunto, caeu en que era un cinto-bolso, dos que teñen cremalleira por dentro. Caramba, caramba, ese cinto... Ergueu-se e foi ollar a pista. Ja retiraran as escadas e rugian os catro motores da grande máquina voadora. Decidiu que era mellor esquecer tal detalle, fose o que for que a moza transportase ben colado ao corpo. No servizo de migracións non habia orde por escrito, pero si indicacións, sobre benevoléncia cos diplomáticos. Ollou a hora, repasou os horários de voos e viu que, ata o próximo embarque, lle quedaba o tempo justo para un café forte e un vaso de gasosa ben fria. Claude Strassberg, gerente de Strassberg & Abramowitz, coñecida firma de Antuerpe, mandou pasar ao escritorio a clienta que impugera a condición de non ser identificada. Resultou ser unha señora nova, alá polos trinta e poucos anos –se os tiña– de estilo germánico, quizais alemá ou dinamarquesa (ou holandesa de estatura non exagerada). Era moi bonita, cunha meleniña curta, juvenil, e traje de chaqueta que non podia ocultar un generoso busto. Dirigiu-se a ela en neerlandés e ela respondeu-lle en inglés cunha cadéncia que o señor Strassberg tentou identificar. Soaba-lle quizais a italiano, mais nunca escoitara un italiano pronunciar en inglés os "des" e os "tes" tan aguda e acertadamente. Tras tomar asento fronte á mesa de traballo, a descoñecida dijo que estaba de paso, por negócios que tiñan que ver co plan de reconstrución da cidade, tan castigada durante a guerra. Traballaba nunha empresa de diamantes industriais e, por razóns que non debia explicar, ás veces atopaba pezas que ela e os seus superiores consideraban de valor comercial para a joieria. Sabendo a reputación de Strassberg & Abramowitz, a sua sona de compañía discreta, era polo que lle queria presentar algunha desas pezas, para unha valoración inicial. Abriu o bolso, tirou del un lenzo de man, desdobrou-no sobre a mesa e deixou ver catro diamantes coloridos. En siléncio, o director da casa tomou as pinzas, colocou o lente, prendeu o foco, observou, observou... Estaban inmaculados, perfectos para lapidar e engastar. Así llo informou á dona deles; e a seguir preguntou-lle se os queria vender en bruto ou desejaba que lle fosen tallados. Ela respondeu que gustaria de saber algo máis: canto valerian na condición en que os traía, canto custaria lapida-los, e que valor alcanzarian ja preparados para jóia. Claude chamou polo teléfono interior ao obradoiro e mandou, en francés, vir un mestre. O mestre diamantista presentou-se e escoitou a explicación do que pretendia a clienta, quen agora falaba en francés, moi ben pronunciado nos "erres" mais con aquel sotaque raro de fondo. Con tal fala matizou o dito por monsieur Claude no aspecto de que tiña gemas da mesma cor e distintos tamaños. Ao entender dela, poderian dar para conjuntos, para formar pulseiras e colares. O mestre foi-se e Strassberg ofreceu á señora unha caixiña de prata con cigarros egípcios, aromatizados, que ela aceptou. Fumaron e abriron conversa sobre os avances na recomposición da cidade belga sempre cobizada polas poténcias de Europa, o grande porto por onde entraran as riquezas americanas desde os tempos do império dos Áustrias. Os alemáns figeran alí unha desfeita na última guerra, opinou a dama. Seica se empeñaran en destruír o porto coas bombas voantes e acabaron estragando a arquitectura tradicional da zona urbana. Así foi, confirmou Strassberg. As atrocidades dos nazis arruinaran a cidade e trouxeran moita morte, moito sufrimento. Como entraba nunha matéria escabrosa, preferiu pasar a outra, e así tentar indagar algo sobre a clienta sen nome: ¿quen lle recomendara vir a Strassberg & Abramowitz? Ela respondeu agiña. Sugerira-llo nos Estados Unidos un judeu lituano, que sobrevivira no ghetto de Vilnius de maneira milagrosa. Cando o dijo fitaba con ollos grandes, azuis, radiantes, os ollos de Claude Strassberg, e el comprendeu o perigo en que se achaba. Aquela muller non falaba así por casualidade. Vilnius, a capital da Lituánia, a cidade das várias razas e religións, dos cristiáns ortodoxos e católicos, e dos judeus, das convivéncias e os ódios... A muller dos catro diamantes podia vir exigindo siléncio (a saber de onde saíran aquelas gemas) porque coñecese quen tiña enfronte: un impostor, un suposto judeu flamengo que, na realidade, era polaco e fora colaborador coas SS en Lituánia. ¿Quen seria a maldita? Outra impostora, evidentemente. Estaban no mesmo campo e iso deu-lle azos a Claude, pois ambos terian moito que gañar co sigilo e o respecto. Fumaron algo máis. Falaron dos costumes dos judeus ortodoxos, coma o mestre que levara os diamantes para o obradoiro, cuberto de kippa, con barbas e espirais de cabelo, calzón curto e médias... Volveu este con ideas de como converter os diamantes en brillantes. Traía un papel escrito en neerlandés con prezos dos traballos e das pezas, en bruto e talladas. Discutiron-se as valoracións en francés. Chegou-se a acordos sobre formas dos brillantes e prazos de entrega; sobre compensacións entre valor das pedras e honorários de traballo. A empresa ficaba cos dous diamantes de ton rosado e entregaba lapidados os tingidos de amarelo e de azul. Claude Strassberg, que tantos idiomas imitaba, sabia ben que por tras de cada un dos imitados sempre está outro, o que lle deu forma á boca... ¿Onde diaño tería aprendido a falar aquela moza? Porque italiana non podia ser, con aquela feitura. Na fin da conversa fijo-se documento de entrega dos diamantes, asinado e selado polo gerente de Strassberg & Abramowitz. A clienta escolleu figurar na ficha da casa cun código para compra-venda: "A do Sol", segundo traía escrito e mostrou. Cando se pechou a porta do escritório por tras dela, Claude deu en imaginar o porqué dese código. Mália a inquietude polo que puidese saber da sua actividade colaboracionista, a mente deu-lle para discorrer o que lle pareceu un acerto. "A-Do-Sol" era un jogo de notas musicais, unha mestura entre as dos países germánicos, C-D-E-F-G-A... e as dos latinos, Do-Re-Mi-Fa-Sol-La... "A do Sol" resultaba unha combinación inteligente, própia dunha mente musical... Colleu un cigarro egípcio, recostou-se na poltrona e, ollando as volutas do fume, volveu á idea de emigrar para a Argentina, a junto dos primos. Segundo a Europa se reorganizaba, emergian pantasmas do pasado recente, gente con lembranzas própias ou relatadas, coma a clienta que coñecera nos Estados Unidos un sobrevivinte das loucuras dos nazis na capital de Lituánia. Tentou lembrar músicos judeus de Vilnius, mais desistiu por temor ao que lle viria á cabeza; e, antes de volver ao traballo inmediato, buscou coa vista a gramática española que tiña media abandonada. O acto, académico e divulgativo, reuniu unha grande cantidade de público no salón de actos da universidade. O programa anunciaba duas partes. Na primeira, a família do homenageado profesor Klaus Müller glosaria a figura do grande científico. Na segunda, exporian-se os resultados da recente expedición arqueológica á selva amazónica que financiara a família Müller, realizada por investigadores da alma mater do chorado profesor. E así foi. O reitor deu o brazo á señora viúva de Müller, dona Frida, que subiu ao escenário acompañada polos seus fillos, Johachim, Kurt, Charlotte e Úrsula. Alí colocaron-se de maneira que puidesen ver a pantalla do fondo. Projectou-se nela unha foto de Klaus vestido con atributos académicos; o reitor depositou un fólio no atril e fijo brevísimo repaso da vida do científico que morrera violentamente polos seus ideais (acentuou tal violéncia sen mencionar ideologias) cando non estaba longe dun grande acerto na sua carreira de continua pesquisa. A continuación projectou-se unha foto de casamento e dona Frida –o discurso roto por saloucos contidos– contou as ilusións do seu home, que con elas a namorara. Queixou-se da barbárie do régime político hitleriano, que non admitia disidéncias e que obrigou a tanta gente, mesmo sen posibles sospeitas de raza ou religión, a abandonar Alemaña. A seguinte foto na pantalla levantou murmúrios no público asistente. Mostraba uns nenos louros con outros de melena negra, todos descalzos e case nus, arredor dun pau cun gallo no que pousaba unha belísima águia. A idea de mergullar os fillos no mundo dos indígenas fora unha das grandezas do científico, quen mantiña que todos os médios valian para avanzar no coñecemento. Os pequenos Müller agiña aprenderan a fala e os costumes dos pobos que o pai queria coñecer a fondo. Nese punto da presentación –originalísima, como empezaba a dicir o público– os fillos de dona Frida armaron unha animada conversa nun idioma que parecia inventado, e a mai ia traducindo: falaban de como facer frechas envelenadas para cazar macacos, de como ter coidado das pirañas e dos caimáns, animais voraces... O maquinista mudaba as transparéncias para mostrar un mundo primigénio, con paxaros e bolboretas, peixes, quelónios, sáurios... A exhibición de fotos familiares na selva rematou coa derradeira do profesor Müller, que aparecia junto duns funcionários do Servizo de Protección dos Indígenas. Dona Frida limpou os ollos, aclarou a gorja, colleu folgos e terminou dicindo que o seu home sostiña a teoria de que unha civilización superior, incaica, descendera dos Andes ata a bacia do Amazonas fugindo do extermínio a que a querian someter os españois, e alí implantara o seu sistema de vida. Klaus Müller acreditaba na realidade subjacente no mito da Cidade dos Césares, e na relación entre ese mito –o dos "césares" incaicos– e o santuário do Abrigo do Sol. Tras unha longuísima salva de aplausos, a dama e os fillos retiraron-se, e ocuparon o estrado os expedicionários da universidade cara ao Abrigo do Sol, o misterioso lugar perdido no máis profundo da floresta amazónica. Tres profesores en cadanseu atril, cos guións correspondentes, foron seguindo as projeccións na pantalla, que arrincaban expresións da abráio no público. E non era para menos: o rio ancho coma un mar, golfiños, tartarugas, caimáns... O mato cerrado, con galerias que por veces deixaban ver lagoíñas; animais curiosísimos, o espectáculo incrible dunha serpe a engulir un mono nunha póla... Un equipo internacional de científicos, da Alemaña e do Brasil, retratara-se junto a unhas cavernas coas bocas marcadas con debuxos geométricos, das que saían morcegos aos centos. Ao final veu a sucesión de fotos do conjunto dun "templo", a semellar unha enorme cuncha gravada con variadísimas formas que os profesores ían analizando. Aquilo era Abrigo do Sol, que tanto tempo procurara o colega Müller, e que daba para infinitos traballos sobre as peculiaridades dos pobos en proceso de civilización, e sobre os fracasos da civilización cando o ambiente é agresivo en exceso. Grandes aplausos. O profesor Werner Krause, chefe da expedición, agradeceu á família Müller a sua generosidade por ter financiado aquela viage a un mundo insólito, onírico (así se atreveu a cualifica-lo, liricamente), e porque ia financiar a cátedra Klaus Müller de Antropologia Ameríndia, que tanto honraba a universidade, e a el própio, ja nomeado director dela. Para completar a presentación, rogaba á profesora Úrsula Müller que digese unhas palabras sobre a orige da información que conducira á descuberta do Abrigo do Sol. Cando a profesora Müller, do Departamento de Filologia Ibérica, tomou posición no atril, a sua figura ficou dobremente iluminada, polas luces de escena e mais pola pantalla en branco. Era un exemplar de muller alemá para encher de orgullo a nación, comezando pola melena loura que se lle rizaba sobre os ombros. O traje de primavera, ajustado sen exageros, denotaba formas dignas de seren esculpidas. As señoras comentaron que a sua irmá maior, Charlotte, non tivera tan boa sorte coma ela no reparto da herdanza física dos progenitores. Úrsula dijo que nunca acabaria de agradecer aos seus pais o esforzo por lle ensinaren a vivir en mundos diferentes, con vontade de entender todos. Tamén, que o seu pai cria na casualidade como base para os aconteceres do Universo, segundo outras persoas crian na vontade divina. Como for –que ela respectaba crenzas e pareceres–, na sua mente infantil chegaran-se a juntar conversas entre homes civilizados e indígenas sobre un lugar que parecia mágico, o Abrigo do Sol. Grazas a iso, pasado o tempo deducira os elementos que conducirian á expedición que confirmou a idea do seu pai. As descubertas científicas –ben se sabia nunha universidade con séculos de história– moitas veces debian-se a esforzos de distintas persoas, algunhas das cales podian quedar esquecidas. Cando ja se se estaban por publicar os primeiros artigos sobre o material achado naquel lugar remoto, cumpria que neles constasen os nomes dos dous homes peculiares, para ela inesquecibles. Ambos estiveran na pista certa para resolver o mistério. Un era o de Álvaro Mendes Brito, engeñeiro de minas portugués, quen mantiña unha teoria semellante á do profesor Müller. Outro, o de Emílio Ribeiro, piloto de hidroavións español, quen casualmente avistara o que se confirmaria como "templo do sol". Ambos formaran parte da cadea de persoas con capacidade para buscar e discorrer que conducira aos achados. Tristemente, ambos deixaran a vida na selva... Pechado o acto, o señor reitor convidou a família Müller a unha cea cos expedicionários. Camiño da reitoria, polos claustros que mal se libraran de bombas americanas e inglesas, Kurt Müller achegou-se moito á sua irmá menor, Úrsula. Case á orella, dijo-lle que admiraba o ben que manipulaba as histórias, e preguntou-lle para quen traballaba agora "de verdade", algo ao que ela non respondeu. Entón recomendou-lle unha cobertura que a ajudase a disimular que tiña diñeiro de máis para ser só profesora universitária. O mellor era casar cun ricacho simpático, que non indagase moito. Por toda resposta, Úrsula devolveu-lle un sorriso cómplice; e unhas palmadiñas na man, cunha man que lucia un belísimo brillante azul apenas collido sobre o anel con catro ganchos de ouro.
NOS_41961
A liga xa rematou para o Celta hai tempo. Sen obxectivos nesta competición, a equipa de Berizzo só pensa en facer historia na Europe League. Non debe estrañar portanto que nesas circunstancias un fero e famento Athletic se pasease este domingo por Balaídos.
O Celta non se xogaba nada. O Athletic, manter as súas aspiracións europeas. O resultado, o lóxico cando contenden dúas equipas con motivacións antitéticas. 0-3. Por Balaídos pasou, todo hai que dicelo, un dos combos máis enérxicos e mellor organizados do campionato. Valverde continúa a facer méritos para relevar Luis Enrique no Camp Nou. Os de Berizzo fixeron amago de estar algo atentos ao xogo na primeira metade e mesmo dispuxeron dunha oportunidade, nas botas de Bongonda. Mais o Athletic en todo momento xogou o choque que lle interesaba, ora desde a posesión da bola ora desde os contragolpes. Era, non nos enganemos, o Celta B. O A ou descansaba no banco ou tiña a mente no partido desta quinta feira face o Manchester United, unha cita coa historia, a primeira vez que a equipa celeste aparece nas semifinais dun torneo europeu. RC Celta: Sergio Álvarez, Fontàs, Marcelo Díaz, Bongonda, Beauvue, Lemos, Jozabed (Señé, min.78), Hjulsager (Guidetti, min.69), Wass (Pape, min.61), Sergi Gómez e Roncaglia. Athletic Club: Kepa, Laporte, San José, Beñat (Mikel Rico, min.77), Muniain (Aduriz, min. 83), Williams, Lekue, De Marcos, Raúl García (Iturraspe, min. 81), Balenziaga e Yeray. Goles: 0-1, min.34: Raúl García; 0-2, min.49: Raúl García; 0-3, min.82: Mikel Rico. Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amonestou Fontàs e Laporte.
NOS_1684
Contou-nos Ana Pêgo que o Plasticus Maritimus era uma espécie marítima invasora. Uma das cousas que aprendemos lendo-a é que este bicho pode tirar de fractalidade e agrupar-se em conjuntos, não sabemos se vegetais se animais, à maneira dos corais em recife.
E aí, em um desses polimerosos atóis, no meio do oceano, faz naufragar Paula Carballeira a sua Carabela. Carabela é cozinheira neta de marinheiro. Andou polo mundo a navegar até a barco afundir e ela acabar numa Ilha Pequena de Plástico, sozinha e à espera de ser resgatada. Carabela / Paula Carballeira / Ilustrações de Abi Castillo / Galaxia / 2020 / 140 páginas / 12 euros Sozinha não. Porque como uma doutora Frankenstein constrói uma menina, Nena, com materiais desbotados que encontra. Para menina prepara maravilhas culinárias, conta contos, canta cantos, dá e recebe companha. Imaginárias sempre. Carabela é uma peça teatral. Como em ilha deserta que se preze conta com poucas personagens. Como teatro reduzido ao mínimo, neste deserto de possibilidades culturais. Todos os seres que a habitam resultam marginais, diferentes, afastados daquilo que é considerado norma: um peixe mutante com patas e brilho noturno, um pássaro choromico, uma quenlha voadora e faminta, uma pantasma de sacos de lixo. Constituem, junto com a Nena do coração de plástico, a panda que acompanhará a Carabela pola estrada de tijolos de plástico na procura do mágico avião que a devolva ao seu mundo. No início peixe e pássaro recusam ajudá-la. Consideram as humanas responsáveis das mutações, fomes e danos que sofrem. E são. É Nena quem os convence de merecer Carabela a salvação. A Esperança está nas meninhas que imaginam contos e cantos e dão vida às pinóquias bonecas de plástico. Quenlha e Pantasma são as mãs do filme. Ou não. A Pantasma Escura quer que Carabela se renda, que não queira viver, que abandone a luita por um mundo melhor. Quenlha Voadora e Salvaxe não é outra cousa que um lobinho feroz que quiser ser feliz, mas que tem o corpo cheio de sabores podres a relógios, lanternas, bolsos, pilhas, cartões de crédito. Fome sem saciar. Carabela é uma fábula sobre o consumismo, o dano ao ambiente, a perigosidade de uma espécie animal que não é outra que a nossa. A espécie invasora somos nós. Entre o jogo, a brincadeira e as discussões de Nena e Peixe e Pássaro, entra nas nossas cabecinhas, como quem não quer, a reflexão ética, a pergunta lançada ao ar: é este o futuro que queréis, meninhas? É este o mundo que queréis, meninhos? Não tenhais em conta a Pantasma. Luitai!
NOS_8623
Carballo é un exemplo máis do que está a acontecer polo país adiante despois do anuncio de graves recortes na Sanidade pública. Traballadores e traballadoras dese centro denunciaron que non hai substitucións para o persoal que está de vacacións e aumenta e degrádase o servizo sanitario.
Estes días numerosos doentes terán que agardar para ser atendidos malia ter a consulta fixada con antelación. Pasa en hospitais como o de Conxo, en Compostela, onde non se están a cubrir as baixas e as citas pasan como mínimo a finais do mes de agosto. Noutro dos moitos casos, o do Centro de Saúde de Carballo, @s profesionais xa se manifestaron en varias ocasións denunciando esta situación. Mesmo, como asegura Xoán M. Sande Muñiz referindose a este caso, Delegado da Sección Sindical de CIG-Saúde "non é difícil que haxa algún profesional para o que non hai xa cita previa até dentro dunha semana, ou que a cola no mostrador sexa prácticamente interminábel". A razón é que a Consellaría de Sanidade que dirixe Rocío Mosquera non autorizou a substitución de médicos e persoal de enfermería para estes meses. "Complícaselle a vida a xente coa central de chamadas ", asegura Sande, "de xeito que moitas persoas desisten de chamar por teléfono ante o temor de que lle saia o ordenador co que non se entenden, é lóxico que se produza tal aglomeración de persoas no mostrador do propio Centro de Saúde". "Non é de recibo que se obrigue aos pensionistas a pagar polos medicamentos, incluso ter que pagar o transporte sanitario non urxente ou mesmo as ortopróteses" Para o delegado da Sección Sindical de CIG-Saúde ten que haber "un cambio de rumbo, outras políticas diferentes" polo que considera un aumento e degradación dos servizos públicos. "Non é de recibo", apunta Sande, "que teñamos que padecer esta degradación dos servizos sanitarios, e ademais se obrigue aos pensionistas a pagar polos medicamentos, incluso ter que pagar o transporte sanitario non urxente ou mesmo as ortopróteses, por exemplo, ao mesmo tempo que se entragan milleiros de millóns de euros á banca privada, ou se aproban amnistías fiscais para os millonarios defraudadores".
NOS_26679
A armadora do Grupo Nores, á que pertencía a embarcación, informou nun comunicado das causas do tráxico naufraxio.
O pesqueiro 'Vila de Pitanxo' afundiu por mor dos golpes do mar que o escoraron, tras sufrir unha parada no motor principal durante unha manobra de xiro do aparello, segundo informou nun comunicado a armadora do Grupo Nores, á que pertencía a embarcación. No devandito comunicado, a empresa indica que, "segundo o que trasladou o patrón", Juan Padín (un dos tres superviventes do naufraxio), "o accidente produciuse durante a manobra de viraxe da plataforma". Nese momento produciuse "unha parada repentina do motor principal", que deixou o 'Vila de Pitanxo' "sen motor nin dirección, exposta ao vento e ás ondas, sufrindo golpes de mar que o escoraron e o afundiron moi rápido". O naufraxio deste pesqueiro, con base en Marín, produciuse o pasado 15 de febreiro, a uns 450 quilómetros de Terranova. Dos 24 tripulantes do buque, tres foron rescatados con vida, Juan Padín, o seu sobriño Eduardo Rial Padín e o mariñeiro de orixe ganés Samuel Kwesi), e recuperáronse os cadáveres doutros 9 mariñeiros: Rogelio Franco, Miguel Lumbres, Diego Andrés Moré, Daniel Fernando Moré, William Arévalo Pérez, Ricardo Alfonso Cruz Flores, José Antonio Cordero, Fernando Santomé e Apaanah Pelungo Zure. O balance da traxedia tamén recolle a cifra de 12 tripulantes desaparecidos, e as familias pediron este luns, máis unha vez, que se retomen canto antes os traballos de busca, xa que hai previsión de temporal na zona a partir da cuarta feira. Precisamente, xestores da armadora mantiveron hoxe, 21 de febreiro unha reunión con estes familiares dos mariñeiros desaparecidos (o primeiro convocado formalmente con todos eles) no Porto de Marín, e trasladáronlle o seu "apoio e total disposición" para promover a reanudación da "tarefas de rastrexo", e "coñecer as posíbeis causas do tráxico accidente". A busca, "prioridade de hoxe" Ao termo desa reunión, que se prolongou durante máis de dúas horas, a filla do xefe de máquinas, María José de Pazo, explicou que as familias reclamaron ao armador que apoie a súa petición para retomar a busca "dos 12 desaparecidos" porque é "a prioridade hoxe". Na mesma liña, Julio Torres, íntimo amigo de Samuel Kwesi, explicou que a empresa se comprometeu a manter "a presión a todos os niveis" para retomar estas tarefas, xa que "agora mesmo é o principal" e que, posteriormente, haberá que abordar a investigación das causas do suceso "até as últimas consecuencias".
NOS_1376
Draghi presentou a súa dimisión a semana pasada, pero esta foi rexeitada polo presidente do país transalpino, Sergio Mattarella.
O primeiro ministro de Italia, Mario Draghi, mostrouse esta cuarta feira disposto a continuar no seu cargo, despois de que o presidente da República, Sergio Mattarella, rexeitase a súa dimisión a mediados da semana pasada. Neste sentido, Draghi vencellou a súa continuidade á fronte do Executivo italiano a que se manteña a unidade na coalición de unidade nacional que sustenta o seu Goberno. Italia camiña cara a un futuro incerto "É necesario un paso firme e conxunto. Italia necesita un pacto de desenvolvemento concreto e sincero", manifestou o aínda primeiro ministro italiano, antes de pedir nunha comparecencia no Senado italiano o "apoio" para o seu Executivo. Para Draghi, a coalición debe recuperar a "confianza" que lles "permitiu cambiar o país para mellor". "Están preparados para reconstruír este acordo?", preguntou aos representantes do Movemento 5 Estrelas (M5S), Forza Italia, a Liga e o Partido Demócrata (PD). Crise de Goberno A pasada semana, a decisión de Guiseppe Conte, dirixente do M5S, de non participar na votación dun paquete de medidas económico para facer fronte á crise de prezos en Italia provocou unha nova crise de Goberno no país transalpino, acostumado a que os seus Executivos non duren máis de dous anos. O líder do M5S detallou que os parlamentarios e parlamentarias da súa formación "non participarían" na votación da pasada quinta feira "por coherencia", da mesma forma que xa non o fixeron na votación no Congreso da segunda feira, algo que obrigou o primeiro ministro, Mario Draghi, a reunirse de urxencia co presidente de Italia, Sergio Mattarella. Que está a ocorrer en Italia? O Goberno de Mario Draghi, en risco de colapso A decisión de Guiseppe Conte motivou que os líderes dos outros partidos políticos do país exixisen, en maior ou menor medida, o adianto electoral duns comicios que decorrerán, se todo segue o previsto, en 2023. Neste contexto, Draghi optou nun primeiro momento por presentar a súa dimisión para evitar o adianto dos comicios. Unha renuncia que Mattarella non aceptou.
PRAZA_19776
Pide ao Congreso derrogar a reforma que obrigou ao arquivo do caso, esixen a "investigación" do seu asasinato e critican a Aznar nos actos de Madrid e Ferrol polas súas últimas declaracións, nas que se gabou da "foto dos Azores" e dunha "invasión ilegal baseada en mentiras" Xosé Hermida gaña o Premio José Couso á Liberdade de Prensa
Xosé Hermida gaña o Premio José Couso de Liberdade de Prensa José Couso, asasinado hai 14 anos en Iraq tras os disparos do exército dos Estados Unidos ao hotel onde se aloxaba mentres cubría o conflito para Telecinco, volveu ser homenaxeado este domingo en Madrid. Diante da Embaixada estadounidense, a familia volveu reclamar "xustiza" logo de anos de "cambadelas" por parte dos diferentes gobernos e fiscalías. Ante un cento de persoas, David Couso, irmán do cámara galego, denunciou tamén o "desprezo e traizón" das institucións, non só ao asasinado "senón a todos os españois". A familia de Couso denuncia as "cambadelas" de gobernos e fiscalías e o "desprezo e traizón" das institucións "a todos os españois" Baixo o lema 14 años con Couso, investigación y justicia, a mobilización servir para advertir que a familia "non perde a esperanza" e que seguirá na rúa para "defender a liberdade de expresión e conseguir xustiza". David Couso, tal e como se fixera o sábado en Ferrol, atacou tamén o ex-presidente do Goberno central, José María Aznar, por ter "desprezado" as vítimas da guerra de Iraq e todas as persoas que dicían "non á guerra". "Pódese matar xornalistas gratis con tal de non enfadar os aliados", dixo. "Morreu cruelmente asasinado nun acto de guerra", engadiu. "Quen nos diría que segue habendo persoas orgullosas de saír na foto dos Azores", asegurara este sábado en Ferrol Quico Permuy, tío do cámara galego. Na homenaxe que se lle rende cada ano na praza que leva o seu nome, a súa familia censurou tamén aqueles que "desprezan miles de persoas que se manifestaron contra a guerra", en clara alusión tamén a Aznar, que nunha entrevista televisiva nesta semana amosábase orgulloso de ter apoiado a intervención militar e da famosa foto que, dixo, "repetiría cen mil veces". A familia de Couso lembra que Aznar "apoiou unha invasión ilegal baseada en mentiras" Permuy, durante un emotivo acto, referiuse a Aznar -sen citalo- para definilo como "un mandatario que marchou de rositas malia apoiar unha invasión ilegal baseada en mentiras", ademais de cargar tamén contra os "submisos, cómplices, os ben pagados" e contra "este Goberno e os anteriores". Unha vez máis, a familia do camarógrafo ferrolán asasinado denunciou a reforma do Goberno de Rajoy pola que se suprimiu a xurisdición universal, impedindo que a Audiencia Nacional continuase investigando o crime e buscando xustiza para Couso. Con aquela mudanza lexislativa, aprobada pola maioría absoluta do PP en 2014, acabouse coa posibilidade de preseguir xudicialmente desde España delitos internacionais como crimes de guerra cometidos contra cidadáns españois fóra do Estado, como é o caso de José Couso. Esta reforma provocou o arquivo do seu caso nas Audiencia Nacional. Agora, a a familia do ferrolán reclama ao Congreso derrogar a devandita reforma, esixindo así "investigación e xustiza" nun acto que contou coa presenza do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. A reforma de Rajoy acabou coa xustiza universal e a posibilidade de investigar crimes contra cidadáns españois fóra do Estado Con todo, advertiron que seguirán nesta "pelexa longa" e que non lles "preocupa" ter que continuar, mesmo aludindo á loita que desde hai décadas manteñen as Madres de la Plaza de Mayo na Arxentina. "A utopía está no horizonte", engadiu parafraseando ao escritor Eduardo Galeano.
NOS_39680
Centos de fragmentos cerámicos foron rescatados no transcurso dos traballos.
Os temporais de marzo de 2014 afectaron gravemente o xacemento arqueolóxico do forno romano de Esteiro, nas Catedrais (A Mariña), ameazando mesmo coa súa desaparición. Foi entón cando varios colectivos, como Mariña Patrimonio ou Adega, demandaron unha "urxente intervención encamiñada a recoller os centos de fragmentos cerámicos dos dolium así como a documentar as estruturas do xacemento". Despois de terlle comunicado ao Servizo de Patrimonio de Lugo a situación na que se atopaba o forno de Esteiro, e tras solicitarlle a recollida dos numerosos restos de cerámica, na súa resposta por escrito informaba textualmente: "Os técnicos deste Servizo fixeron unha inspección do xacemento o día 11.03.2014 e non atoparon indicios de materiais arqueolóxicos mobles". A@ins'olita resposta@ levou a 8 colectivos, os mencionados Mariña Patrimonio e Adega, así como Cultura do País, Os Espigueiros, Agrupación cultural Francisco Lanza, Ollomao, A Galleira e a Irmandade de Santo Estevo; decidiron promover voluntariamente a "necesaria intervención arqueolóxica". Contactaton cun grupo de arqueólogos que elaboraron un proxecto de escavación. "Porén, unha vez máis, alguén desde Patrimonio decidiu boicotear unha acaída solución para o xacemento de Esteiro ao poñer como condición sine qua non a construción dun dique que protexese o xacemento das crecidas do mar". O dique O elevado custe que supoñía a construción do dique obrigounos a renunciar á mencionada escavación. "Curiosamente, esta infraestrutura non foi necesaria para a escavación executada recentemente pola Xunta", indican. Embora todo isto, os colectivos queren parabenizar a Dirección Xeral de Patrimonio por recosniderar a situación e asumir a intervención arqueolóxica que achegou novos datos do xacemento, "permitindo documentar as estruturas do forno e conseguindo rescatar centos de fragmentos cerámicos cuxa existencia, nun principio, negaba o Servizo de Patrimonio de Lugo".
NOS_764
Camariñas será o punto de reunión de palilleiras e deseñadores durante o trascurso da XXIX edición da festa do Encaixe. Ademais de desfiles, a música tamén tomará as rúas do concello.
A Mostra do Encaixe, declarada de Interese Turístico de Galicia, comeza hoxe en Camariñas. A vila mariñeira alberga, até este domingo, a XXIX edición dun certame comercial que mestura moda e música galega. Esta festividade supón o punto de converxencia entre unha práctica tradicional como é a do encaixe e a confección moderna. Na feira expoñerán tanto asociacións e palilleiras particulares como escolas municipais infantís e grandes firmas de deseñadores. O estilista Carlos Bardullas, pola súa parte, mesturará peiteados e encaixe en diversos tocados. Durante toda a Semana Santa, as persoas que se acheguen ao concello poderán asistir a múltiples desfiles de "grandes deseñadores", "noveis deseñadores" e "pequenos deseñadores", que se alternarán durante as cinco xornadas que dure festa. Esta nova edición inaugurase hoxe ás 17 da tarde. Porén, as actividades comezarán as 11 da mañá nas vindeiras xornadas, hora na que actuarán por primeira vez no día os grupos gaiteiros. "Con toda en banda" tocará hoxe, o sábado e o domingo; "Vaiche boa" acompañará os actos desta quinta feira; e "Abrindo rejo" porá son á sexta feira. Máis polo miúdo, cada día terá eventos exclusivos. Mañá, ás 18.30 horas, homenaxearase a directora do Museo do Encaixe, Raquel Moreira, e a presidenta da Asociación Rendas, María Virtudes Rodríguez. Pasado mañá, ás 19.15 horas, presentarase o spot "Eu son camariñas". O sábado, ás 16.30 da tarde, a vila acollerá a gravación en directo do programa Aquí Galicia, e ás 20 horas terá lugar "falemos de moda", un encontro entre os deseñadores participantes. O domingo ás 11.15 horas realizarase o IV Encontro de Corais Mostra do Encaixe. Ás 19.45 da tarde daranse a coñecer os galardoados dos "noveis deseñadores" e, ás 20.30 horas, a actuación de Lucía Pérez fechará a edición. As orixes da tradición O encaixe de boliños de Camariñas é recoñecido a nivel internacional. A pesar de que non existe un consenso sobre a época na que o encaixe penetrou na Galiza, si hai a certeza de que, entre finais do s.XIX e principios do S.XX, o porto de Camariñas exportou grandes cantidades a América, o que contribuíu á proliferación e ao recoñecemento desta práctica.
NOS_10503
A Organización Mundial da Saúde entende que a pesar dos episodios de tromboembolismo grave nalgunhas persoas inoculadas co fármaco os beneficios están por enriba dos riscos, nun discurso que leva repetindo toda a semana en paralelo ás investigacións.
O discurso da Organización Mundial da Saúde (OMS) sobre a vacina de AstraZeneca non muda a pesar de que as investigacións seguen abertas e distintos Estados manteñen paralizadas as campañas de inoculación á poboación. Mesmo a Xunta pediu ás persoas que xa recibiron o tratamento que avisaran de calquera síntoma grave. Malia as diferentes actuacións, o director rexional para Europa da OMS, Hans kluge, insistiu nesta quinta feira en que o continente ten que seguir administrando as doses sen máis atrasos porque "salva vidas". O responsábel destacou que a decisión de parar tras notificarse casos de tromboses en algunhas pacientes tratadas responde á "precaución", pero lembrou que tampouco está "demostrado" que a creación da farmacéutica teña que ver con esas enfermidades. Kluge foi máis alá ao defender entre liñas o remedio, pois subliñou que o "tromboembolismo venoso é a terceira enfermidade cardiovascular máis común do mundo". "Neste momento os beneficios da vacina superan con creces aos seus riscos, polo que a súa administración debe continuar para poder salvar vidas", comentou dando continuidade a un discurso que a OMS leva repetindo unha e outra vez toda a semana. Por outra parte, aproveitou a súa comparecencia para criticar a "inequidad" no acceso aos remedios contra o coronavirus. Así contrapuxo os países de ingresos altos que xa están actuando fronte ao 60% dos Estados de ingresos medios e baixos, que son os únicos que puideron comezar. En calquera caso advertiu de que este tratamento, por si propio, non soluciona a pandemia. "Non reempraza as medidas sociais e de saúde pública", resumiu.
NOS_34103
Organizadas polo BNG, Fundación Galiza Sempre e Alianza Libre Europea (ALE)-Os Verdes, o encontro reúne a expertos, ambientalistas, representantes de sectores produtivos, políticos... para debullar a necesidade dun desenvolvemento sustentábel. Na inuguración, Vence reclamou un debate social e político sobre a aposta da Xunta de "abrir Galiza en canal ás transnacionais mineiras"
'Defensa do territorio: unha chamada urxente á sustentabilidade territorial, medio ambiental, social'. Baixo este título desenvólvese este sábado na Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela unha xornada na que se incidirá, por parte de diferentes representantes de sectores sociais do país, na sustentabilidade. Falarase desde a conservación, xestión e protección dos Espazos Naturais e da Biodiversidade até a problemática da minería en Galiza, pasando polo desenvolvemento rural, política forestal, transxénicos... O saneamento integral do litoral mariño e dos ríos, xestión e protección das costas e espazos fluviais son outros temas a debate e studo nesta cita. Tamén a xestión de residuos: situación actual, Iniciativa Lexislativa Popular, alternativas á incineración e outras experiencias de fóra de Galiza. Xa que logo, porase sobre a mesa diversas cuestións non só de actualidade, senón tamén de futuro para saber que país se quere construír. Incídese en que un outro modelo de progreso é posíbel para Galiza e Europa desden a conciencia do respecto ao territorio. Tecer redes para un outro progreso posíbel Toman parte na mesma membros de organizacións ambientalistas, así como de asociacións de pulo polo rural ou de plataformas cidadáns que operan en diferentes comarcas do país na defensa do territorio e dos sistemas produtivos, representantes de sectores produtivos do mar e do agro, técnicos, expertos, e tamén responsábes políticos. As xornadas están organizadas polo BNG, Fundación Galiza Sempre e Alianza Libre Europea (ALE)-Os Verdes Vence: "A Xunta abre Galiza en canal para as transanacionais mineiras" O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, reclamu na inauguración destas xornadas ao Goberno autonómico un debate político e social "urxente" sobre o Plan de Actividades Extractivas aprobado polo Executivo de Feijóo que, advertiu, "abre Galiza en canal para as empresas transnacionais mineiras e converte toda Galiza en potencialmente expoliable, sen criterios de país en termos económicos, sociais e medioambientais". Vence tamén fixo referencia á Lei de Costas e as "ncertidumes" que abre sobre o traslado de Ence, toda vez que traslada a toma de decisións ao Goberno central. Neste sentido, o dirixente nacionalista instou a Feijóo a "cumprir o seu compromiso de sacar á pasteira da Ría en 2018 sen máis dilacións". O "proceso de consultas" anunciado polo presidente da Xunta "fai pensar que está ideando unha estratexia para volverse atrás e permitir que primen os intereses da empresa en lugar dos intereses do país, porque a estas alturas Feijóo non debería ter necesidade de facer ningunha consulta para saber que precisamos recuperar a Ría de Pontevedra e para iso Ence ten que irse en 2018", explicou.
PRAZA_5844
A iniciativa da reforma do Estado Español compételle agora á periferia e só así se poderá resolver un problema histórico aparcado durante os últimos 150 anos. Mais, con seguridade, tamén hai forzas importantes no centro que deben participar de forma protagónica neste cambio.
Nos últimos tempos os acontecementos evolucionan cunha rapidez de vertixe e o principal problema reside en que os pobos non sexan quen de aproveitar as oportunidades que se presentan para lograr un verdadeiro cambio da estrutura económico-territorial do Estado Español. Ás graves consecuencias da crise económica e social —cunha cidadanía cada vez máis indignada, insubmisa e rebelde— súmase o forte movemento polo dereito a decidir —e a independencia— en Catalunya e, por último, a viraxe electoral dos comicios europeos, elementos todos eles que poñen de manifesto o importante desgaste do poder político e das estruturas tradicionais do Estado. Mais sería un erro pensar que a súa desaparición está próxima. O colofón provisorio desta sucesión de acontecementos, e non o menos importante, constitúeo a abdicación do Rei, despois de experimentar unha lenta agonía do seu prestixio nos dous últimos anos. Coma resposta a toda esta crítica situación política o que se está cocendo neste momento por parte dos poderes fácticos é o inicio dunha segunda Transición Española 2.0 e a abdicación de Juan Carlos é o seu síntoma máis claro Coma resposta a toda esta crítica situación política o que se está cocendo neste momento por parte dos poderes fácticos é o inicio dunha segunda Transición Española 2.0 e a abdicación de Juan Carlos é o seu síntoma máis claro. Unha transición á que o presidente do Santander se sumou dende o primeiro momento ao adherirse de forma inequívoca ao futuro Filipe VI. Igual que a chegada do seu antepasado Filipe V significou o cambio dos Austrias pola Casa de Borbón, mais mantendo as mesmas estruturas de poder nas mans das mesmas familias, agora a Filipe VI estalle asignado un papel similar no que deberá liderar algunhas reformas territoriais para que todo siga igual. A UE é xa considerada por moita xente coma un engano da burocracia de Bruxelas e unha ditadura das grandes corporacións bancarias, ademais dun proxecto totalmente supeditado a EE.UU. Sen embargo, xa nada será igual, porque o réxime nacido en 1977-78 está seriamente tocado na súa lexitimidade. Mais a situación non só é cambiante no Estado Español senón en toda Europa con cambios dificilmente reversíbeis a curto prazo e onde se advirte un gran desafecto popular ao proxecto da UE, máis alá de quen lidere os resultados electorais. O gran denominador común dos pasados comicios é a reivindicación de maior soberanía para as nacións fronte ao proxecto uniformizador neoliberal. A UE é xa considerada por moita xente coma un engano da burocracia de Bruxelas e unha ditadura das grandes corporacións bancarias, ademais dun proxecto totalmente supeditado a EE.UU. con hipotecas militares cada vez máis perigosas para un futuro de progreso e paz dos pobos europeos. A nova Transición Española ensaiará a creación dun Estado Federal con máis dereitos para Catalunya e o País Vasco e, quizais, para Galiza Por iso a nova Transición Española ensaiará a creación dun Estado Federal con máis dereitos para Catalunya e o País Vasco e, quizais, para Galiza. Nesta nova conxuntura política intentarán un cambio a respecto da multiplicidade administrativa do Estado Autonómico cunha simplificación de concellos e provincias e así xerar a ficción dunha nova época que insufle vitalidade e apoio popular ás novas institucións inauguradas por Filipe VI. Eses cambios, pensados para manter a entelequia do Estado Español, irían no sentido contrario ao proxecto globalizador aínda que, inicialmente, estarían integrados nel. A estas medidas principais seguirían outras de tipo máis cosmético como a reforma do sistema electoral, listas abertas, primarias, etc. para contento de algúns incautos que non saben o que lles ven encima. A esquerda española parece que non é capaz de albiscar este proxecto nin o seu alcance e consecuencias. A petición dun Referendo pola III República coma solución a todos os males é outro síntoma. Uns por ser prestos colaboradores do sistema vixente e outros por carecer de proxecto territorial movéndose nunha calculada imprecisión para non molestar nin a Tirios nin a Troianos, deixando descontentes a todos. Hoxe o 'problema español' non se resolve cun mero cambio nominal de sistema: monárquico ou republicano. Hai un problema territorial básico que ou se afronta ou os cambios serán puramente cosméticos e irrelevantes. Hoxe o 'problema español' non se resolve cun mero cambio nominal de sistema: monárquico ou republicano. Hai un problema territorial básico Por iso o movemento por un proceso constituínte de carácter confederal, de repúblicas independentes, sería o máis acaído para reivindicar neste momento histórico e loitar para que forme parte do debate político de primeira liña. Na Galiza, o debate é República Galega vs. Transición Española 2.0. Ao redor deste proxecto aberto, transparente e plural habería que sumar o máximo de organizacións políticas e sociais galegas e estatais, pero as novas non parecen moi alentadoras. O problema non é que EU siga as consignas da esquerda madrileña o realmente grave é que algúns que aínda se din nacionalistas galegos fagan o mesmo e non comprendan que ese tipo de estratexias non favorecen a Galiza, que ficará abandonada a forzas dominantes extragalegas. Sería interesante que algúns relesen a Castelao nas súas críticas ao centralismo republicano, totalmente vixente na actualidade. A iniciativa da reforma do Estado Español compételle agora á periferia e só así se poderá resolver un problema histórico aparcado durante os últimos 150 anos. Mais, con seguridade, tamén hai forzas importantes no centro que deben participar de forma protagónica neste cambio.
PRAZA_4131
O Consello de Ministros deste martes aprobou unha batería de medidas para o sector, un dos máis golpeados polos efectos da pandemia. Entidades profesionais e empresas levaban semanas reclamando accións de apoio por parte das administracións.
O BOE deste mércores publica un real-decreto, aprobado polo Consello de Ministros deste martes, que recolle unha batería de axudas e medidas de apoio ao sector cultural e ás súas empresas e profesionais. O sector da cultura levaba semanas esixindo do Goberno central a aprobación de medidas específicas de apoio, máis aló das accións e incentivos económicos xerais. Entidades e traballadores e traballadoras incidían nas especificidades dun sector que quedou completamente paralizado polos efectos da pandemia, unha crise que se viña engadir a unha situación previa gran precariedade.O sector da cultura levaba semanas esixindo do Goberno central a aprobación de medidas específicas de apoioA pesar de que nun primeiro momento o Ministerio de Cultura rexeitara a aplicación de medidas concretas para o sector, finalmente o ministro José Manuel Rodríguez Uribes comprometeuse a estudar as demandas das entidades profesionais e empresariais do mundo da Cultura. As medidas aprobadas este martes inclúen axudas directas, créditos en condicións vantaxosas e incentivos e apoios para os propios traballadores e traballadoras da cultura. Ademais, recollen compensacións para aqueles e aquelas artistas que viran aprazados ou cancelados os contratos asinados con administracións públicas.As medidas aprobadas este martes inclúen axudas directas, créditos en condicións vantaxosas e incentivos e apoios para os propios traballadores e traballadoras da culturaO sector cultural galego, que fixo un chamamento ás entidades públicas para que a programación cultural prevista non fose cancelada (simplemente adiada), tamén se dirixiu con insistencia á Xunta de Galicia, denunciando que o Goberno galego segue sen comprometer medidas de apoio ante a crise do coronavirus, a pesar de que se comprometeu a facelo.O decreto aprobado subliña que a cultura é un dos sectores económicos "especialmente afectados pola crise e as súas consecuencias", pois "o conxunto dos espazos culturais e escénicos viuse absolutamente paralizado, o que abocou aos seus profesionais a unha drástica perda de ingresos e a unha situación crítica, dada a súa fraxilidade estrutural". Engade que "para facer fronte a esa situación, é imprescindible implementar novas medidas que complementen e adapten as xa existentes con carácter xeral, acomodándoas ás singularidades do sector".Medidas aprobadas polo Goberno centralEstablécese un sistema de axudas extraordinarias a distintos sectores culturais, como as librarías, salas de cine ou empresas de artes escénicas e musicaisCréditos: A Sociedade de Garantía Recíproca Audiovisual Fianzas SGR promoverá, en colaboración coas entidades financeiras que desexen participar, liñas de financiamento dirixidas a empresas do sector cultural por un importe total de 780 millóns de euros.Axudas extraordinarias: Establécese un sistema de axudas extraordinarias a distintos sectores culturais como consecuencia do impacto negativo da crise sanitaria da COVID-19. Para as artes escénicas e da música está dotado con 23,7 millóns de euros.Axudas para as librarías: Establécese un sistema de axudas extraordinarias para as librarías independentes co obxectivo de axudar a manter "as estruturas e a cadea de subministración do libro".Axudas para as salas de cinema: Dotada con 13,2 millóns de euros, busca compensar os gastos xerados pola aplicación de medidas sanitarias para evitar contaxios, sufragar campañas orientadas á reapertura e volta do público aos cinemas ou á promoción do cinema español.O Goberno central aboará en concepto de adianto ata un 30% do importe dos contratos de espectáculos asinados con administracións públicas e que foran aprazados ou suspendidos por mor do estado de alarmaPrestación de desemprego para artistas e traballadores/as culturais: Habilítanse axudas para permitir o acceso extraordinario á prestación por desemprego de artistas que non puideran acollerse ás medidas de apoio xerais. A duración deste prestación por desemprego estará en función dos días de alta en seguridade social con prestación real de servizos na devandita actividade no ano anterior e irá dos 120 aos 180 días.Compensación para contratos aprazados ou cancelados: O Goberno central aboará en concepto de adianto ata un 30% do importe dos contratos de espectáculos e servizos culturais asinados con administracións públicas e que foran aprazados ou suspendidos por mor do estado de alarma. De igual xeito, indemnizará ao artista ou empresa con entre un 3% e un 6% no caso de actuacións que foran canceladas.Axudas específicas para o sector cinematográfico: Amplíanse os prazos para o cumprimento de obrigas impostas a películas beneficiarias de axudas concedidas no período 2016 a 2019. De igual xeito, as producións recibirán, previa solicitude, o 50 % da axuda outorgada sen necesidade de comunicar o inicio da rodaxe da longametraxe.Habilítanse axudas para permitir o acceso extraordinario á prestación por desemprego de artistas que non puideran acollerse ás medidas de apoio xeraisEstreas comerciais, online: Ata o 31 de agosto de 2020, considerarase estrea comercial dunha película, sen que esta perda a súa condición de película cinematográfica, o que se leve a cabo a través de servizos de comunicación audiovisual televisiva, así como de servizos de comunicación electrónica.Maiores deducións para as doazóns a entidades sen ánimo de lucro e mecenado: Increméntase en cinco puntos a porcentaxe deducible das achegas realizadas a mecenado e entidades sen ánimo de lucro. Para os primeiros 150 euros pasa do 75% ao 80% e para as cantidades seguintes do 30% ao 35%. Isto afecta ás achegas realizadas polas socias e socios de Praza.gal á Fundación Praza Pública e que son a base do sostemento económico deste xornal.Ampliación dos beneficios fiscais ligados ao Xacobeo: Amplíanse un ano máis, ata o 30 de setembro de 2022 (era o 30 de setembro de 2021) os beneficios fiscais aplicables ao Programa Año Santo Jacobeo 2021.
NOS_2000
Serían 307.786 de se incluír na cifra @s 'Denos', aquelas persoas que non computan por estaren anotadas nun curso de formación ou por buscaren o seu primeiro emprego. As férias de 'semana santa' só reduciron o paro en 1.636 persoas no País
No conxunto do Estado o número de persoas anotadas nas listas do paro baixou tamén, en case 5 mil persoas. A baixada pode achacarse ao incremento da ocupación propio da 'semana santa' pois o paro baixou unicamente no sector servizos e é a primeira vez desde 2008 que estas férias cadran integramente no terceiro mes do ano. Así as cousas, a cifra total de desempregad@s no Estado é de 5.348.392 persoas sumando @s 'Denos', aquel@s que están anotadas en cursos de formación ou que procuran o seu primeiro traballo. ((Haberá ampliación cos datos da Galiza))
NOS_15917
Medra en 11 % o número de denuncias presentadas por violencia de xénero.
Os xulgados galegos recibiron no terceiro trimestre deste ano un total de 1.589 denuncias por violencia machista, o que supón 11 % máis que no mesmo período do ano anterior, cando o número de denuncias presentadas foran 1.431. A gran maioría das denuncias (1057) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima. Aumenta tamén o número de mulleres vítimas desta violencia, 1500 nestes tres meses fronte ás 1294 do mesmo período de 2016, un incremento de 15,9 %. Segundo os datos estatísticos feitos públicos polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Galiza sitúase este trimestre como a comunidade cunha taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10 000 mulleres) máis baixa do Estado, con 10,71 persoas fronte a 17,23 de media estatal. Durante o terceiro trimestre do ano solicitáronse 478 ordes de protección e medidas de protección e seguridade das vítimas, fronte ás 497 de 2016, o que supón un descenso do 3,8 %. Das 478 incoadas adoptáronse 296, o 62 por cento.
NOS_4179
A viceportavoz do PP no Parlamento galego, Paula Prado, cargou contra os posíbeis indultos ás presas e presos condenados polo procés e apoiou que o PP acuda o vindeiro 13 de xuño á manifestarse na madrileña Praza de Colón.
A viceportavoz do PP no Parlamento galego, Paula Prado, apoiou que o PP acuda o vindeiro 13 de xuño á madrileña Praza de Colón, igual que o farán Ciudadanos e Vox, nunha protesta convocada pola asociación Unión 78 para manifestarse contra os indultos ás presas e presos cataláns condenados no xuízo ao procés. "Non é unha cuestión dunha foto, é un cuestión de reivindicar e manifestar o noso rexeitamento a que se dean indultos a uns señores que insisten en que van seguir tentando a independencia de Catalunya en España, contra a que nós estamos absolutamente en desacordo", xustificou. Ante o temor de que outra 'foto de Colón' con Vox poida pasar factura en apoios aos populares -tanto Núñez Feixoo como Pablo Casado compartiron con Vox a manifestación de Colón de hai dous anos-, Prado suxeriu que "non pasa nada" por que se manifesten "en contra" desta decisión do Goberno de España. "Para nós, é unha moi mala noticia en democracia que se indulte uns señores que provocaron o 1 de outubro e o intento de independencia de Catalunya", insistiu Prado. Manifestación de Unión78 Tanto PP, como Vox e Ciudadanos xa manifestaron o seu apoio á concentración de 13 xuño, aínda que non aclararon se os seus líderes reeditarán a famosa "foto de Colón" de febreiro de 2019. Foi aquela mobilización a á que deu nome á coñecida como "Foto de Colón", así se acabou por coñecer a protesta que a 10 de febreiro de 2019 reuniu por primeira vez na mesma imaxe Pablo Casado, Santiago Abascal e Albert Rivera. A manifestación ultraespañolista contou con nutrida participación de ultradereitistas e coa presenza entusiasta do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo.
NOS_7892
A Sala do Penal da Audiencia Nacional admite a trámite o recurso presentado pola defensa.
Fontes consultadas por Sermos Galiza sinalan que se mantén a manifestación do domingo, apoiada por máis de 60 axentes políticos, sindicais e sociais, pois o problema que se denuncia segue sobre a mesa. A admisión do recurso respondería a unha cuestión en torno ao procedemento seguido para decretar a suspensión de actividade de Causa Galiza. Unha cuestión que pode ser solventada e que permitiría seguir adiante coa 'ilegalización' de facto da organización independentista. Nos vindeiros días, indican estas fontes, haberá pronunciamentos máis de vagar a este respeito.
PRAZA_19903
ENTREVISTA Luis Bará presenta este 27 de abril en Santiago, no Museo das Peregrinacións, o seu libro Non des a esquecemento.
Hai emoción, e moita, en Non des a esquecemento, (Instituto de Estudos Miñoráns), o libro no que Luis Bará recolleu unha serie de artigos antes publicados no seu blog homónimo. Relatos da absoluta dexeneración e crueldade dos verdugos franquistas, xunto a historias de loita e solidariedade fronte ao terror. O na actualidade deputado do BNG, que fora director xeral de Creación e Difusión Cultural na consellería de Cultura de Ánxela Bugallo, recolle neste volume vivencias da represión e da resistencia, casos que puido reconstruír a través de entrevistas e da investigación en arquivos. Non pretende, xa o di el, facer ciencia. Nin ser "obxectivo". Escribe crónicas militantes, situadas entre o xornalismo e a literatura. Que son berros de dignidade fronte ao silencio. A obra preséntase este 27 de abril no Museo das Peregrinación de Santiago, dentro dunha serie de encontros en diferentes puntos do país. O libro parte do seu blog Non des a esquecemento. Como xorde un do outro? Empecei escribindo artigos sobre Paredes (Vilaboa), onde nacín. Descubrín que había casos de persoas represaliadas das que ata entón non sabía, comecei a facer entrevistas con mulleres maiores e decateime de que había moitos casos que non estaban rexistrados. A partir de aí, fun buscando outros casos. O libro é froito dun traballo de tres anos feito aos poucos. "Comecei a facer entrevistas con mulleres maiores e decateime de que había moitos casos que non estaban rexistrados" Mais xa antes do traballo institucional, no Concello de Pontevedra e na Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura, estivera en asociacións de memoria histórica… Si, antes de entrar no Concello participara nos anos 90 nalgunha iniciativa, na asociación cultural Maio Longo. Foi no 2013 cando souben de episodios de represión en Vilaboa dos que antes non tivera coñecemento. Despois de levar máis de 20 anos traballando no tema da memoria histórica, non sabía de cousas que pasaran no meu concello de nacemento. Comecei a facer entrevistas e, despois, falando con outra xente de Vilaboa, decidimos crear a asociación A Regaduxa. Organizamos unha homenaxe colectiva no 2014, a nosa actividade foi medrando… e iso foi tamén un incentivo para escribir. "Faltaban moitos nomes, sobre todo de mulleres, que foran detidas, torturadas, violadas, rapadas…" O primeiro que fixen, ademais das entrevistas en Vilaboa, foi ir a Nomes e Voces. Mais tiña a sensación de que os casos rexistrados por este proxecto eran só como un 30%... Hai moitos casos de mulleres detidas, torturadas, violadas, rapadas… polos franquistas, que aínda non foron rexistrados. Casos dos que eu sabía pola memoria oral. En Nomes e Voces, en Vilaboa, tiñan rexistrado só o caso dunha mestra. Pero eu atopei moitos máis, de mulleres represaliadas pola súa militancia política ou por ser parentes de persoas republicanas ou de esquerdas. Iso é unha das cuestións que reivindica o libro. Que hai moitos casos que non están contados. Represión psicolóxica, moral, económica, laboral, ideolóxica… É unha das teses do libro, si. Porque, se só ollamos a documentación escrita, non podemos reconstruír un relato máis ou menos completo da represión, nin da resistencia e da solidariedade. Temos que ir á memoria oral, que nos permite entender a represión como un fenómeno máis amplo do que pode verse pola documentación. Non des a esquecemento é, ademais, un libro militante no que hai unha reivindicación clara das mulleres. Hai un capítulo sobre elas, pero en todo o libro son protagonistas. Hai unha visión de xénero e de clase, nese sentido, porque as mulleres de clase obreira foron aínda máis esquecidas. "Temos que ir á memoria oral, que nos permite entender a represión como un fenómeno máis amplo do que pode verse pola documentación" Algunhas das mulleres das que fala si son coñecidas e sabemos delas por investigadoras coma Aurora Marco, caso de Amparo Alvajar. Doutras non sabiamos. Di vostede no libro que quería que as vítimas tivesen nome, e que os asasinos e cómplices figuren na historia co seu verdadeiro rostro. Cita ao famoso Víctor Lis, por exemplo. De feito, nos últimos anos, por parte dos colectivos da memoria, mudou o enfoque. Xa non se trata de facer só homenaxes. Enténdese que é unha cuestión de dereitos humanos. Isto pasou tras a intervención en 2014 de Pablo de Greiff, relator especial da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición. Para que haxa verdade, xustiza e reparación, precisamos non só poñer nome ás vítimas, senón tamén aos verdugos. "Para que haxa verdade, xustiza e reparación, precisamos non só poñer nome ás vítimas, senón tamén aos verdugos" Ademais, moitas veces temos constancia na documentación de quen executou, ou quen deu as ordes para cometer os crimes. Josefa Lobeira deixou un escrito no que conta quen foron os responsables do asasinato do seu home, Ricardo Gómez Buceta. A Asociación de Amigos de Johan Carballeira atopou este documento. De todas maneiras, á hora de citar verdugos temos que ter moita prudencia e fontes ben contrastadas. Unha das cousas que aprendín nos anos de traballo institucional é que hai que ser rigorosos con iso, porque o contrario é dar argumentos aos defensores do fascismo. Eu cito no libro a Víctor Lis ou a Joaquín Velarde. Xa di no principio do libro que lle interesaba a dimensión humana da represión e a resistencia. As vivencias persoais, as emocións, os sentimentos… Por iso, supoño, o estilo, entre o xornalismo, a literatura… Eu non son historiador, aínda que fixen un traballo de investigación en arquivos e con fontes escritas e orais. Mais si, a perspectiva que me interesaba era a afectiva, a emocional. Porque penso que a recuperación da memoria histórica ten unha función terapéutica, reparadora, para as persoas que foran condenadas ao silencio e o esquecemento. "Eu si que quería un enfoque emocional, porque non penso que teñamos que ser obxectivos nisto" Pepe Cáccamo dime que hai poesía no libro, e el mesmo escribiu algún poema a partir do meu libro. E eu si que quería un enfoque emocional, porque non penso que teñamos que ser obxectivos nisto. Hai outros traballos que marcan, na miña opinión, demasiada distancia, en nome dunha suposta obxectividade. Non creo que se poida ser obxectivos con isto. Dicía o outro día Lupe Gómez nunha entrevista que a emoción era política, e eu estou de acordo. A emoción pode ser política. Ademais, o meu é un libro militante, e eu non o oculto. "A emoción pode ser política. Ademais, o meu é un libro militante, e eu non o oculto" Non houbo só terror, senón tamén resistencia, solidariedade, dignidade. Todo o mundo sabe quen era Alexandre Bóveda, pero eu escollo falar da súa compañeira, Amalia Álvarez, que lle fixo unha foto cargada de simbolismo a Cintia Rey, no piñeiro da Caeira onde mataran a Bóveda e ao fillo de Cintia, Víctor Casas. Esa imaxe é un grandioso monumento da memoria. Relatos de resistencia no libro hai moitos. Como o de todos os veciños e veciñas que acollen nas súas casas a persoas perseguidas polos golpistas, pagándoo moitas veces coa súa vida. Si, esa era unha parte que non podía faltar. Os relatos de resistencia e solidariedade teñen, a maior parte das veces, nome de muller. Na Illa de San Simón, en Figueirido… Elas tecían as redes de apoio aos presos, acollían nas súas casas aos perseguidos, aos fuxidos, ás persoas que participaban na resistencia armada contra o franquismo. E algunhas pagárono coa súa vida. Coma Emilia Cabaleiro, á que torturaron, mutilaron e mataron por axudar a catro homes perseguidos. Ou Josefa Barreiro, que axudara a un militante da CNT -ela tamén era militante da CNT-. "Torturaban as mulleres, escribíanlles na pel con nitrato de prata e sometíanas a escarnio público" Ou Juana Otero, tía de Mariví Villaverde, da que a familia conserva unha foto que é todo un acto de resistencia. Fora rapada e torturada. Na foto vense as marcas na pel, os ollos abatidos. Escribíranlle na fronte con nitrato de prata "UHP", iniciais dunha consigna que a xente de esquerdas dicía nas manifestacións, Uníos Hermanos Proletarios. Facían iso: torturaban as mulleres, escribíanlles na pel con nitrato de prata, sometíanas a escarnio público facéndolles pasear despois de seren rapadas e de obrigalas a beber aceite de ricino para que fixesen as súas necesidades enriba… Fala vostede de xenocidio. Houbo e hai un debate entre historiadores e outros científicos sociais sobre se debe chamarse xenocidio ao que fixo o réxime franquista. Moitos dos relatos que recolle no libro amosan que os "terroristas", como lles chama moitas veces, actuaron con extrema crueldade nun contexto, o galego, no que non houbo guerra, só represión. Eu defendo chamarlle xenocidio. Desde que triunfou o golpe en Galiza, que só tardou uns días, non houbo outra cousa que eliminación sistemática de persoas de esquerda e nacionalistas. Non é só que fosen moi crueis. É que esa extrema violencia non era en absoluto "necesaria" onde xa gañaran a guerra, -o que non significa que non houbese resistencia, pero a guerra en si só durou uns días-. Pero é que ademais o obxectivo era eliminar un colectivo humano a través da violencia desmesurada. Por iso é xenocidio, por moito que non sexa un grupo étnico, racial ou relixioso segundo a definición do Dereito Internacional. "Desde que triunfou o golpe en Galiza, non houbo outra cousa que eliminación sistemática de persoas de esquerda e nacionalistas" O Ano da Memoria e, en xeral, toda a actividade de recuperación da memoria histórica organizada ou promovida institucionalmente pola Consellería de Cultura do BNG na Xunta, axudou, se cadra, a romper o silencio. Conta vostede que boa parte das súas fontes parecía que levaban décadas agardando a que alguén lles preguntase que pasou. Iso vivímolo, claro. A emerxencia orgullosa das memorias soterradas. Sobre todo no Barco da Memoria, no que participaran moitas testemuñas que por primeira vez expoñían as súas historias en público. Tamén, claro, o proxecto de investigación universitario Nomes e Voces abriu moitas portas que estaban pechadas. Voces que saían á luz, e que facilitaban que outras voces se animasen a falar. En Nomes e Voces quedoulles moito traballo por facer porque non deu tempo, e quitáronlles o financiamento. Polo demais, eu entendo que a xente estivese tanto tempo calada, porque o medo era moi grande. "A partir do remate do goberno de esquerdas na Xunta, houbo unha clara involución" E despois, a partir do remate do goberno de esquerdas na Xunta e do goberno do PSOE no Estado, cos seus tímidos avances como a Lei da Memoria Histórica ou o traballo feito coas foxas, houbo unha clara involución, que foi tremenda nos últimos anos. Iso favoreceu ademais o revisionismo histórico, a proliferación, fronte á memoria democrática, da memoria fascista, con actos e iniciativas de honra dos franquistas e da súa herdanza. O libro tamén presta atención aos lugares da memoria. Comeza coa memoria de Vilaboa, despois as historias das mulleres silenciadas, logo a Illa de San Simón, as casas refuxio… O que quería era, en primeiro lugar, poñer nomes ás vítimas e ás persoas que, de distinta maneira, resistiron a represión franquista. Para min eran moi importantes, en segundo lugar, as imaxes, como a foto de Cintia Rey ao lado da árbore na que lle mataron o fillo, ou a foto de Josefa Barreiro cos fillos, ou a de Rosario Hernández, A Calesa, que segundo a memoria popular foi violada, torturada e mutilada antes de fondear o seu corpo cunha prancha de ferro. Interesábanme, en terceiro lugar, os lugares, os espazos simbólicos da represión. Temos que saber o que pasou neles. "O lugar central da memoria democrática e da resistencia e Galiza ten que ser a Illa de San Simón" Para min, o lugar central da memoria democrática e da resistencia e Galiza ten que ser a Illa de San Simón, pero non só. Desde a Iniciativa Galega pola Memoria, da que formo parte a través de A Regaduxa, temos un proxecto de mapa da memoria dos lugares da represión, da resistencia e da solidariedade. Hai xente que non sabe, por exemplo, que a ría de Vigo é unha grande foxa común na que fondearon corpos atándolles pedras ou pranchas de ferro. Como fixeron en Pontevedra, Arousa… "Hai xente que non sabe, por exemplo, que a ría de Vigo é unha grande foxa común na que fondearon corpos" Poderiamos falar de moitos casos, mais un especialmente simbólico é o das nenas chamadas Democracia e Libertad ás que lles mudaron o nome. Eran fillas de Casilda Rosendo e José Casal. Eu entrevistei a Lucrecia, que tiña a lembranza traumática de como a bautizaran, con cinco anos: o sabor salgado da auga, a pía separada con outros nenos republicanos... Non só as bautizaron en contra da súa familia, co pai na cadea e a nai rapada. É que lles cambiaron os nomes, e Democracia pasou a chamarse Lucrecia e Libertad pasou a ser Berta. Esta historia ten unha grande carga simbólica. A democracia e a liberdade era precisamente o que querían aniquilar. "A democracia e a liberdade era precisamente o que querían aniquilar" Algo máis? O libro foi editado polo Instituto de Estudos Miñoranos, e non é unha edición comercial como tal. Os beneficios van ir destinados ao Bosque da Memoria, un proxecto de A Regaduxa. A partir do 37, cando o cuartel de Figueirido se converte en centro de reclusión de presos políticos, ducias de mulleres asturianas que vivían máis ou menos perto comezaron a achegarse para axudar aos presos, levándolles roupa e comida. Algunhas convertéronse en madriñas dos presos. É un exemplo de solidariedade que queremos lembrar co Bosque da Memoria, un lugar de homenaxe para os presos e as súas familias.
PRAZA_1588
O goberno grego recibe un contundente aval fronte á troika co 61% dos votos a prol da súa posición negociadora A despedida de Varoufakis, en galego: "Levarei con orgullo o aborrecimento dos acredores"
Varoufakis: "Levarei con orgullo o aborrecimento dos acredores" Tras unha semana de 'corralito' e ameazas das principais institucións europeas e despois de anos de durísimos recortes aplicados como parte dos "rescates" que tentaron paliar a situación creada pola falsificación das contas públicas -realizada, segundo a UE, durante o goberno do conservador Kostas Karamanlis coa axuda de Goldman Sachs-, a poboación grega volve petar maioritariamente na mesa. Medio ano despois de outorgarlle a vitoria electoral a Syriza seis de cada dez votantes optaron este domingo por arroupar o Goberno de Alexis Tsipras e dicir "non" á nova proposta de rescate formulada pola troika. No complexísimo escenario negociador que se abre inmediatamente Tsipras e o seu equipo negociador terán o aval político dun país que, ao contrario dos augurios dos últimos días, non propiciou un resultado que convide a pensar nunha fractura ao 50%. Non en van, co escrutinio por riba do 80% o apoio ao "non" mantívose por riba do 61%, mentres que o "si" ficou un chisco por riba do 38%. Os 3,5 millóns de votos que apoiaron a opción do Goberno grego son uns 1,3 millóns máis dos recibidos por Syriza nas eleccións. Os pobo grego votou contra o memorando da troika. O discurso hexemónico nas institucións europeas e nos dirixentes comunitarios de que a saída da crise pasa pola senda da troika seguirá sen ser o único. E, a partir de agora, volverán as negociacións sabendo Tsipras que gañou folgadamente o referendo e, Europa, que Grecia quere unha saída á súa crise que pase por reestruturar a débeda, que alcanza o 177% do seu PIB. Celebración do resultado no centro de atenas / Marta R.A. O primeiro ministro grego lanzou a consulta sobre a última proposta dos acredores hai unha semana. E a xogada saíulle ben de momento. Aínda que polo camiño se viu cun país cos bancos pechados e o peche de capitais tras cortarlles a liquidez o Banco Central Europeo ás 24 horas de anunciar o referendo, algo que o escrutinio revela que non o prexudicou nas urnas. E, tamén, aínda que polo camiño estea a verse na lista de morosos do FMI por non pagar o último prazo, de 1.500 millóns de euros, o martes á noite. E, tamén, aínda que esta semana se agudizou a fractura política interna en Grecia. Este luns Varoufakis anunciou a súa dimisión para facilitar a "negociación dun mellor acordo" Que pasará este luns? De momento, o control de capitais seguirá vivo e a xornada comezou coa dimisión do ministro de finanzas, Yanis Varoufakis, que nunha entrada no seu blog explica que deixa o posto para "facilitar" o diálogo e a "negociación dun mellor acordo" cos acredores. A incógnita sobre o sistema financeiro do país seguirá existindo. Por iso, no seu discurso de celebración da vitoria, Tsipras dixo que a prioridade era "pór en marcha o sistema financeiro" e reclamar a axuda do BCE, ao que lle dixo que debe "comprender a dimensión humanitaria desta crise". Tsipras: "Este mandato non é de ruptura con Europa, senón para buscar unha solución viable, con xustiza social" Os problemas de relación coa troika, coa UE, cuxos principais dirixentes non queren ouvir falar de quitas de débeda, seguen existindo. E, por todo iso, desde este domingo pola noite o Goberno grego xa fala con algúns dos seus socios comunitarios, en especial Francia: para atopar un compromiso que desbloquee a situación. "Son consciente de que este mandato non é de ruptura con Europa", afirmou Tsipras no seu discurso, "senón para buscar unha solución viable, con xustiza social e saír do círculo infernal da austeridade. Non hai solucións fáciles, só hai solucións viables mentres todos fagamos esforzos. É histórico que a xente respondese á pregunta correcta cambiando o debate. Isto non é sobre estar dentro ou fóra de Europa, isto é sobre que unha Europa non pode continuar no camiño da austeridade". Os resultados e as reaccións, ao vivo en eldiario.es Reconto oficial do referendo
NOS_6802
Ana Pontón quere culminar a devolución dos bens espoliados por Franco.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) instou esta terza feira, 15 de setembro, a Xunta da Galiza a presentar a súa propia demanda xudicial para solicitar a devolución das esculturas do Mestre Mateo do Concello de Santiago espoliadas por Francisco Franco, á vista da aparición de novas probas e documentación inédita que "tira por terra os argumentos dos herdeiros do franquismo para reter as estatuas" no poder da familia do ditador. "Levamos moito tempo reclamando que se poña fin aos privilexios do franquismo e que se nos devolvan os bens espoliados e a sentenza da devolución do pazo de Meirás abre unha porta á esperanza porque por primeira vez un xulgado recoñece o modus operandi dos Franco para apropiarse de bens do pobo galego, e hai outros que se confiscaron coas mesmas argucias como foron as esculturas do Mestre Mateo do Concello de Santiago", salientou a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón. "Debemos dar un novo impulso á recuperación destas estatuas porque forman parte do noso patrimonio e non podemos permitir a impunidade do franquismo e todas as Administracións temos a obriga de traballar para recuperalas", aseverou a líder nacionalista. Nese sentido, anunciou que "o Bloque Nacionalista Galego vai levar ao consistorio compostelán e ao Parlamento galego iniciativas reclamando á Xunta que presente unha demanda xudicial achegando nova documentación para estas estatuas". "Esa documentación inédita", dixo a portavoz municipal do BNG en Santiago, Goretti Sanmartín, en referencia ao material do investigador Francisco Prado-Vilar, "demostra o intento de fraude e de engano e debe poder ser utilizada", alegou. Sanmartín tamén avogou "pola colaboración entre institucións para argumentar con máis solidez que as dúas estatuas poidan volver ao patrimonio público, neste caso do Concello de Santiago, de onde nunca deberon marchar".
PRAZA_9872
Nun escrito remitido ás consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, a SGHN critica as actuacións da Xunta, reclamando un maior apoio á investigación e cambios na colocación de trampas e no uso de insecticidas, que están a prexudicar a especies autóctonas.
Hai dúas semanas o Consello da Cultura Galega e Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia organizaron unha xornada de análise sobre a avespa velutina, A Vespa velutina en Galicia: estado da cuestión e avances científicos, na que participaron especialistas da materia e apicultores. A partir das conclusión desa xornada e doutros estudos e investigacións, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) vén de remitir senllos escritos ás consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente demandando unha serie de actuacións concretas para frear o avance desta especie invasora e solicitando, ademais, determinadas informacións sobre a situación actual.A SGHN sinala que a propagación da Vespa velutina en Galicia "mantense a un ritmo máis o menos constante" e di que "é necesario impulsar medidas de control"A SGHN sinala que a propagación da Vespa velutina en Galicia "mantense a un ritmo máis o menos constante" e di que "é necesario impulsar medidas de control", criticando as declaración realizadas nos últimos meses por representantes da Xunta sobre que é necesario aprender a convivir con ela ou que é imposible a súa erradicación. Para a entidade estas palabras "non son compatibles coa determinación de facer o imposible para a erradicar ou cando menos controlar esta especie a niveis aceptables".Os escritos están asinados por Xosé Lois Rey Muñiz, coordinador da Sección de Entomoloxía da SGHN, que subliña que "aínda que sexa complicada loita contra este insecto, hai que facer todo o posible para conter a súa proliferación".Conclúe que nestes momentos se está a facer "un ineficiente emprego dos medios económicos e materiais para o control desta especie"Reclama, en primeiro lugar, un maior apoio da Xunta á investigación e ás universidades e institutos que están a traballar en métodos para predicir a propagación da praga e en ferramentas para combater o seu avance. "Estes medios foron desenvolvidos con cartos públicos e unha vez rematado o proxecto inicial este é mantido polo interese particular do seu desenvolvedor", sinala nos escritos presentados. Destaca que "varias liñas de investigación ofrecen potentes e potenciais medios de loita (emprego de feromonas, atraentes...)", pero suxire que non se están a desenvolver por falta de recursos económicos.Reclama un maior apoio da Xunta á investigaciónConclúe que nestes momentos se está a facer "un ineficiente emprego dos medios económicos e materiais para o control desta especie". "A efectividade é como mínimo discutible e o investimento por niño retirado que debe ser mellorado", di. Aclara que a SGHN "non está en contra da retirada dos niños, senón de como se está a facer" e propón que se eliminen todos os niños "sexa cal sexa a época do ano", pois "está confirmado que hai niños que manteñen poboacións viables durante todo o ano, incluído o inverno".En canto ao uso de insecticida, a SGHN alerta de que "a conservación das abellas e do resto de invertebrados é incompatible co uso incontrolado de insecticidas, uso que a SGHN ven denunciando reiteradamente pola, como mínimo, laxitude no seu control e xestión".A entidade advirte de que "non existe ningún estudo científico que avalíe o emprego de trampas"En relación coas trampas empregadas ata agora, a entidade advirte de que "non existe ningún estudo científico que avalíe o emprego de trampas". E acusa á Xunta de "fomentar" ou cando menos "a vista gorda" cun sistema non selectivo "sobre o cal os datos previos amosan unha mortaldade non selectiva sobre outros grupos de insectos, incluídos potenciais polinizadores ou especies como a Vespa crabro". Engade que "as trampas entregada pola Xunta de Galicia non son as que mellor rendemento obteñen nos test realizados a diversos modelos".Finalmente, denuncia que se están a importar outras variedades de abellas "alleas á nosa fauna", algunhas "cun comportamento máis agresivo cas raza autóctona", o que pode producir ademais unha perda de xenes das variedades autóctonas, e a entrada de novas enfermidades e patóxenos.
NOS_46699
Cidades e vilas de Galiza acollerán esta terza feira manifestacións e actos polo Día Internacional da Clase Obreira.
"Pola recuperación dos nosos dereitos. Contra a pobreza e a precariedade. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas" é a palabra de orde da CIG, que convoca manifestacións en 13 cidades e vilas galegas. O sindicato fai un chamamento a camiñar cara a unha greve xeral "no convencemento de que é a resposta necesaria" ante a situación que estamos a vivir. Alerta do avance da pobreza laboral da precariedade e da temporalidade, de ETTs, de empresas multiservizos, coa imposición dos falsos autónomos … Denuncia que ter un traballo "non garante vivir en condicións dignas" e advirte de que vivimos "tempos de emerxencia nacional e social". Por isto este Primeiro de Maio a CIG fai un chamamento a camiñar cara unha greve xeral, "conscientes do que significa", pero no convencemento de que "é a resposta necesaria ante o que estamos a vivir". Mobilizacións convocadas CIG Pontevedra. Praza da Ferrería 11:30h Vilagarcía. Casa do Mar 12h A Estrada. Praza do Mercado 12h Lugo. Edificio Sindical (Ronda da Muralla) 12h Ribadeo. Edificio Sindical (Avda. Da Galiza) 12h A Coruña. Praza de Vigo 12h Cee. Diante do Concello 12h Ferrol. Local da CIG - Avda de Esteiro 12h Compostela. Praza Roxa 12h Ribeira. Praza do Peixe 12h Vigo. Dobrada 12h Cangas. Praza do Concello 18:30h Ourense. Praza Maior 11:30h "Tempo de gañar" CCOO e UXT convocan manifestacións unitarias de ambas as dúas centrais co lema "Tempo de gañar". Estes sindicatos indican que embora a economía española leve catro anos de medre e de que hai máis empresas con beneficios ca antes da crise, "a desigualdade e a pobreza aumentan". Mobilizacións convocadas CCOO e UXT: A Coruña. 12:00 horas. A Palloza Ferrol. 12:00 horas. O Inferniño. Santiago. 11:30 horas. Alameda. Lugo. 12:30 horas. Ronda da Muralla. Viveiro. 12:00 horas. R / García Doriga Ourense. 12:00 horas. Pavillón sdos Remedios. Vilagarcía. 12:00 horas. Praza Ravella. Pontevedra. 12:00 horas. Ferreiría. Vigo. 12:00 horas. Cruzamento Urzáiz e Vía Norte. "Unindo loitas cara a folga xeral" "Unindo loitas cara a folga xeral. Pan, Teito e Traballo" é o lema da CUT para este Primeiro de Maio. O sindicato chama a se movilizar, lembrando que "é hoxe cando o capital e a patronal están a aplicar as lexislacións máis regresivas dos últimos 50 anos, cando máis están a apertar os parafusos, cando máis dereitos nos están a quitar sen que haxa contestación algunha nas rúas". Mobilizacións da CUT Vigo- 11:00 h, Praza Fernando Católico Ourense- 12:00 h, Ponte Romana Coruña- 12:30 h, Praza de Pontevedra Compostela- 19:00 h, Praza 8 de Marzo Xustiza social e laboral A CNT convoca manifestación en Compostela. Será ás 12:30 horas e con saída da Praza 8 de Marzo co lema 'Avanzamos pola xustiza social e laboral'. "CNT quere manter viva a flama da protesta, para manter o pulso ao goberno da mordaza, da conxelación das pensións e salarios, as reformas laborais, a precarización dos servizos e persoal público e o machismo institucional".
PRAZA_9062
A multinacional ofrece só parar de forma ordenada a electrólise nas plantas e evitar a detención total da actividade, que imposibilitaría calquera venda. A empresa non retira o ERE, facilitado pola reforma laboral de Rajoy, que permite aplicalo sen o visto e prace da autoridade laboral.
Advírteo o persoal a cada pouco. Non se fía de Alcoa, denuncia o seu modus operandi nas negociacións abertas no conflito e advírtelle ás administracións de que só trata de "enganalas" para abaratar o peche das súas plantas da Coruña e de Avilés. O Goberno central, nas últimas conversas coa empresa, pediulle "vontade e responsabilidade" para buscar unha alternativa ao feche, que paralizase o ERE e que dese un prazo de seis meses máis para procurar solución ante a ameaza do vindeiro 15 de xaneiro, data na que remataría o prazo de negociación de expediente e na que poderían comezar os despedimentos duns 700 traballadores, case 400 deles en Galicia. A resposta da empresa cinguiuse a ofrecer parar de xeito ordenado as series de electrólise –método producido por elevadas correntes para virar a alumina en aluminio– das fábricas durante un tempo e "coa cooperación dos traballadores", de modo que as plantas quedasen en condicións óptimas para que poidan arrancarse de novo de confirmarse a chegada dun investidor. Sería, en definitiva, aceptar unha das peticións que lle fixo o Goberno central: a de manter operativa a planta cun apagado que non sexa de golpe nin total. Do contrario, a posibilidade de que alguén retome a actividade é nula. O apagado total suporía que as cubas se solidificasen, quedasen inutilizadas e que a reactivación da factoría fose inviableÉ un aspecto do que levan advertindo os traballadores tempo. Nestas factorías de aluminio, se as cubas deixan de ter enerxía, solidifícanse e quedan totalmente inutilizadas. Sería unha xustificación do peche perfecta para Alcoa porque o custo de reiniciar a produción é elevadísimo e nada rendible. Non lle compensaría a ningunha empresa, nin á actual nin á que viñera comprar. Sería o final. Manter esta situación de operatividade mínima pero necesaria requiriría do acordo cos traballadores, fartos de promesas incumpridas e sabedores de que non todos eles serían necesarios para ese labor. Porque Alcoa abriu esa posibilidade para non botar xa o fecho definitivo, pero nada dixo de paralizar o ERE e manter a actividade normal. Alcoa non ofrece a paralización do ERE e o persoal insiste na intervención a través da SEPI"Non podemos parar a actividade baixo ningún concepto; no momento no que se pare parcialmente ou por zonas, ese é o inicio do peche", advertiu Miguel Conde, representante dos traballadores da planta coruñesa, en Radio Coruña. O persoal, entre ofertas, propostas e parches que non os convencen, insiste en pedir a intervención temporal ou tutela das plantas por parte da SEPI para asegurar o tempo necesario para buscar un comprador e ir artellando un marco estable enerxético para a industria electrointensiva. E como desde o inicio, insisten en que Alcoa só quere o mercado español, nin moito menos un competidor: producir en Arabia Saudita ou Noruega e seguir vendendo na península. Pero o Executivo central non quere nin oír falar de intervir a fábrica. "Non estamos nun réxime comunista", dixera a ministra de Traballo, Magdalena Valerio. A súa compañeira de Industria, Reyes Maroto, anunciou este mércores ultimátum á empresa do que non se coñecen detalles. Con todo, malia que Unidos Podemos e En Marea anunciaron que non apoiarán o Goberno de non impedirse o peche das fábricas, este non semella disposto a pasar das ameazas. Tampouco pode paralizar o ERE, como recoñece que lle tería gustado. Este mesmo mércores lembrouno o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que asegurou que o Executivo de Pedro Sánchez quería facelo pero que se atopou cunha reforma laboral vixente, a impulsada polo PP, que lles impediu "actuar como nos gustaría neste conflito". O Executivo central culpa a reforma laboral do PP de non poder paralizar o ERE ao non requirirse agora para aplicalo o visto e prace da autoridade laboralAs múltiples deslocalizacións de empresas coa chegada da crise e até a actualidade foron facilitadas polas mudanzas lexislativas que introduciu o Goberno de Mariano Rajoy en 2012. Ata daquela, para que unha empresa aprobase un expediente de regulación de emprego (ERE) debía ter a autorización da autoridade laboral competente, autonómica ou estatal. De non haber acordo entre as partes, era moi estraño que se permitise o despedimento colectivo, un trámite que o Executivo socialista de Zapatero xa facilitara pero para o que Rajoy eliminou calquera tutela xudicial. Desde entón, a compañía pode aplicalo sen contar co visto e prace da devandita autoridade laboral e non precisa probar que ten perdas senón demostrar diminución de ingresos durante tres meses consecutivos. Ademais, cunha indemnización por despedimento inferior á que había antes.
NOS_53484
O Instituto Galgo de Estatística (IGE) vén de certificar que 249.825 persoas físicas e xurídicas desenvolven a súa actividade empresarial na Galiza, porén 4.165 teñen a súa sede fiscal en Madrid, onde pagan os seus principais impostos. Entre estas últimas, atópanse algunhas das grandes compañías galegas.
Un total de 4.165 empresas con actividade na Galiza pagan os seus impostos en Madrid. Segundo as cifras que vén de publicar o Instituto Galego de Estatística (IGE) relativas a 2020, último ano con datos, 3.483 desenvolven a súa actividade nos servizos; 357 na industria extractiva e na enerxía, dedicándose 339 á xeración eléctrica; 262 na industria manufactureira; 289 na construción, con particular presenza das enxeñarías e empresas de obra civil; 208 na hostalaría e 170 no sector das finanzas e seguros. O número de empresas galegas con sede fiscal en Madrid incrementouse de modo considerábel no último exercicio. Mentres en 2020 foron 4.165 as persoas físicas e xurídicas galegas con enderezo a efectos tributarios na capital do Estado, esta cantidade era de 3.893 en 2019. Nesa anualidade un total de 3.323 destas sociedades realizaron a súa actividade nos servizos, 357 na industria extractiva e na enerxía, 266 na construción e 37 na agricultura e na pesca. En só un ano abandonaron o país con destino a Madrid 272 compañías. A rexión de Madrid consome máis de 20 veces a electricidade que produce As compañías galegas que fixan a súa sede en Madrid adoitan ser aquelas cunha maior facturación e número de traballadores. A este respecto, o informe Madrid, capitalidade, economía do coñecemento e competencia fiscal, elaborado polo grupo de investigación dos profesores Francisco Pérez e Ernest Reig para o Laboratorio de Análise de Políticas Públicas do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), recolle que teñen a súa sede en Madrid 44,5% das 1.000 maiores empresas do Estado, 50,4% das 500 máis grandes e 60% das 100 primeiras. Pola contra, só manteñen o enderezo social na Galiza 5,3% das 1.000 maiores empresas do Estado, 5% das 500 máis grandes e 4% das 100 primeiras. O sector enerxético é un dos máis importantes da economía galega. As tres primeiras compañías en produción de electricidade no país son Iberdrola, cunha capacidade de xeración de 1.558 megawatts de orixe hidráulica e de 599,5 de carácter eólico; Naturgy, cunha potencia instalada de 1.120 megawatts hidráulicos e de 393,2 megawatts eólicos, e Endesa, con 375 megawatts hidráulicos e 262 eólicos. As referidas empresas, en cuxo capital xogan un papel decisivo os fondos de investimento e as empresas públicas de Estados como Catar, Italia ou Alxeria, teñen a súa sede fiscal en Madrid, onde tributan polo imposto de sociedades. A situación repítese no sector industrial. Así, por exemplo, Alcoa, con factoría en San Cibrao (Cervo), pagou os impostos en Madrid, malia representar o complexo alumineiro 30% de Produto Interior Bruto (PIB) das comarcas de Lugo e ocupar de maneira directa 1.500 persoas. Outro tanto acontece en Pontevedra coa pasteira de Ence, na Costa da Morte co grupo Xeal, cun cadro de persoal de máis de 500 traballadores, na Laracha coa siderúrxica de Celsa ou en Fene co estaleiro de Izar. A Galiza perde 26 millóns ao mes coa deslocalización de empresas O proceso de concentración do enderezo fiscal das grandes empresas en Madrid está asociado ao efecto sede. Nesta liña, o IVIE sinala "o efecto externo negativo sobre outras comunidades da competencia fiscal de Madrid reforza a tendencia á diverxencia rexional e xustificaría limitar as competencias, sobre todo por basearse nun aproveitamento das vantaxes derivadas dunha interpretación da capitalidade que non é territorialmente neutral". O efecto sede As empresas con sede en Madrid son as grandes beneficiadas nos contratos públicos polo Goberno do Estado. Nesa orientación, o IVIE denuncia que o efecto sede "inclina a actuación das autoridades centrais a favor das empresas localizadas nun territorio que conta cun nivel de renda por habitante moi por riba da media, ao celebrar moitos máis contratos con elas en lugar de amosar a neutralidade territorial que sería esixíbel con todo o tecido empresarial". Un caso paradigmático é o da obra civil, sendo as empresas madrileñas ACS, propiedade de Florentino Pérez, Acciona, ligada á familia Entrecanales, e FCC, cuxo primeiro accionista é Carlos Slim, as construtoras máis favorecidas polas adxudicacións estatais entre 2005 e 2014. Madrid aprovéitase do Estado español Unha sondaxe de Electomanía do mes de febreiro concluía que 86,8% da poboación galega consideraba que Madrid se beneficiaba da súa condición de capital do Estado. Neste caso, os datos van na mesma dirección, como certifican estas 4.165 empresas que tributan nesa rexión.
QUEPASA_345
O Concello valora a alta taxa de reciclabilidade da veciñanza
Os operarios do Concello de Camariñas levaron a cabo unha obra de mellora da seguridade viaria nunha estrada da parroquia de Xaviña, en Pións, que consistiu na ampliación da vía e no posterior asfaltado desta. A plataforma era moi estreita e o obxectivo era ampliala para facilitar o paso dos vehículos e a súa convivencia cos peóns en condicións seguras. Para iso executouse un retranqueo de metro e medio dun muro colindante á vía. Reciclaxe O Concello saca peito tras analizar os datos de recollida de envases lixeiros que recolle Ecoembes. A veciñanza camariñá recicla dous puntos por enriba da media galega, no marco dos dous convenios coa entidade medioambiental: para incrementar os contedores de envases lixeiros e os de papel-cartón e para mellorar a recollida no sector HORECA (Hostalería, Restauración e Catering).O Concello de Camariñas rexistrou unha taxa de recollida de envases lixeiros do 14.10 quilos por habitante, unha cifra dous puntos superior á media galega que se sitúa nos 12,90 quilos por habitante. Outro dato interesante que apunta o Concelleiro Sergio Caamaño, é que a taxa de impropios que recibe cada contedor (é dicir o que se bota no contedor equivocado) é moi baixa, de 21,63 quilos por habitante, mellorando así a media galega, de 26,2 quilos por habitante, e a española, que alcanza os 26,3 quilos por habitante.
NOS_58330
Nenos e nenas de centros da 'Galiña Azul' nas áreas da Coruña e Cangas sofren reaccións alérxicas após inxerir alimentos do menú.
A finais de outubro máis de 40 crianzas estiveron afectadas por intoxicación leve a causa do menú de peixe servido nos comedores escolares de varios centros das zonas de Pontevedra e Marín. Agora, a Xunta investiga novos casos de reaccións alérxicas detectadas esta terza feira nunha decena de escolas infantís 'A Galiña Azul', dependentes da Xunta, cuxos comedores están xestionados pola mesma empresa que se encarga do catering das escolas onde se deron as intoxicacións en outubro. Segundo sinalaron fontes do Goberno galego, nenos e nenas dunha decena de centros das zonas da Coruña e Cangas sufriron unha reacción alérxica leve após inxerir os alimentos do menú, consistente nunha crema de b´recol con cabaza e lombo de polo con macarróns. Técnicos de Sanidade tomaon mostras do menú para investigar a orixe da reacción e estudar a posíbel relación co episodio rexistrado a finais do mes de outubro.
PRAZA_9023
As familias reclaman que rapaces e rapazas atendidos no colexio de educación especial da Barcia poidan recibir coidados alén dos 21 anos en centros como o CEGADI, concibido en tempos do bipartito e rematado en 2013 tras varios atrasos cun sobrecusto dun 50% nas obras
Dende finais de 2013 está rematado no barrio compostelán de Salgueiriños o edificio do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI), un enorme complexo de arquitectura singular concibido en tempos do bipartito como un innovador centro de atención a persoas con discapacidade. O CEGADI acumulou anos de atraso e un sobrecusto nas súas obras de máis do 50%. Nesta media década ningún dos servizos para os que foi concibido o CEGADI comezaron a funcionar e xusto iso foi o que quixeron lembrar ao Goberno galego este 4 de xaneiro uns particulares reis magos.A construción do CEGADI, concibido en tempos do bipartito, rematou en 2013 tras varios atrasos cun sobrecusto dun 50% nas obrasEstes reis non chegaron de Oriente, senón de parte de familias de alumnado do Centro de Educación Especial da Barcia. A ANPA deste centro mobilízanse dende hai anos para reclamar que ás súas fillas e fillos con discapacidade poidan seguir sendo atendidos alén dos 21 anos, cando remata a súa escolarización na Barcia. Por iso claman pola apertura do CEGADI. E por iso advirten, tamén con retranca, de que a Xunta volveu incumprir as súas promesas ao respecto.Ataviados como Melchor, Gaspar e Baltasar, os reis da Barcia achegáronse á sede do Valedor do Pobo e tamén ao Parlamento para entregar simbólicos carbóns para o gabinete de Feijóo. O CEGADI, lembran, concibiuse para "a promoción integral das persoas con diversidade funcional nun centro de vangarda", dende a rehabilitación funcional ata a formación específica. Pero as obras, evidencian, sufriron importantes atrasos e "malia aos numerosos anuncios para a súa completa posta en marcha", os últimos con 2018 como límite, "este centro segue sen estar en funcionamento con prexuízo para todas as persoas potencialmente usuarias".As familias reclaman que rapaces e rapazas atendidos no colexio de educación especial da Barcia poidan recibir coidados en centros como o CEGADI alén dos 21 anosEfectivamente, o último prazo ofrecido polo Goberno galego foi o remate de 2018. Sinalouno o pasado setembro o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao anunciar a sinatura dun convenio de 2,7 millóns -1,8 deles da Xunta- coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) para "implantar un plan integral de actuación" no CEGADI. Este convenio foi asinado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, a pouco máis de vinte días para o remate do ano e os servizos, lamentan dende o centro da Barcia, aínda non comezaron a funcionar.Estes particulares reis magos din agardar que "o saquiño de carbón" para a Xunta "sirva de chamada de atención para que durante o 2019 teñan máis en conta as nosas demandas", tanto no que atinxe á apertura do CEGADI como no vinculado á habilitación de prazas residenciais para persoas con discapacidade noutros centros da contorna compostelá. "Son moitos os colectivos e familias" que o reclaman, subliñan.Ao anunciar o convenio con COGAMI para abrir o centro o propio Feijóo sinalou a fin do 2018 como horizonte para o comezo dos servizosA Xunta sinala o Goberno centralEsta protesta prodúcese despois de que, a finais de 2017, a Xunta trasladase ao CEGADI varios servizos dependentes da Consellería de Política Social, como a fundación pública que se encarga da tutela de persoas adultas -un ente que arrastra graves problemas de xestión- ou os equipos de valoración de persoas con discapacidade. Mentres, na propia sinatura do convenio con COGAMI a conselleira Fabiola García reiteraba a "entrada en funcionamento" inmediata dos servizos acordados -como fisioterapia, rehabilitación ou terapia ocupacional, entre outros-.Ao tempo, García advertía de que a apertura da área residencial do CEGADI depende de que o Goberno central cumpra o pactado nun convenio coa Xunta que contemplaba, entre outros aspectos, 500.000 euros para este centro. Ese convenio foi asinado en abril de 2018, cando o CEGADI xa levaba cinco anos pechado.
PRAZA_19383
O alcalde de Becerreá volve ao grupo do PSdeG na institución lucense ano e medio despois de entregar o goberno ao PP e asume a área de Vías e Obras e Parque Móbil, como pactara para apoiar a moción de censura que situou o socialista Darío Campos na presidencia
Ano e medio despois, o alcalde de Becerreá regresa ao goberno da Deputación de Lugo. Manuel Martínez vén de selar o seu retorno ao grupo do PSdeG na institución lucense tras un longo proceso negociador que o sitúa á fronte da vicepresidencia e mais do departamento de Xestión Territorial, con competencias en Vías e Obras, as mesmas que xa ocupara durante os mandatos de José Ramón Gómez Besteiro. O ata agora vicepresidente, Álvaro Santos, asumirá as Relacións Institucionais, ademais da portavocía do grupo. O presidente da institución, Darío Campos, vén de corroborar xunto a Martínez un reingreso que, cociñado a lume lento, procura pechar de vez o período máis turbulento da historia recente da Deputación, iniciado o 24 de xuño de 2015. Daquela a aspiración frustrada de chegar á presidencia levara a Martínez a entregar o goberno ao PP. O bastón de mando durou, non obstante, apenas catro meses nas mans da popular Elena Candia e en outubro unha moción de censura asinada por todos os deputados provinciais do PSdeG, Martínez incluído, e mais o BNG, fixo presidente a Campos. Pero aquel primeiro acordo para a paz co rexedor de Becerreá durou menos dun mes. O Bloque rexeitou que Martínez formase parte da Xunta de Goberno por pesar sobre el unha imputación xudicial -por unha denuncia dun alcalde do PP arquivada en 2016-, a mesma pola que o desbotara como presidente, e o alcalde becerreense optou por volver rachar, negándose a asumir unicamente a área de Vías e Obras e apostando, xa como deputado non adscrito, por bloquear en diversas ocasións as decisións do goberno de Campos, do que o BNG saíu en xuño de 2016 tras o pacto orzamentario acadado cos populares e o propio Martínez. Tras unha prolongada negociación o alcalde de Becerreá volve ao grupo provincial do PSdeG e asume a área de Xestión Territorial O desbloqueo do orzamento, que Campos prevé presentar ao pleno "a segunda semana de marzo", pero tamén do resto de asuntos da institución, foi precisamente un dos argumentos principais da negociación para o regreso de Martínez, que segundo fontes consultadas por Praza.gal se vén desenvolvendo dende hai varios meses. Neste tempo cumpriu conciliar posturas políticas pero tamén desavinzas persoais derivadas da ruptura do agora novo vicepresidente co partido e das súas votacións co PP, ata rematar, a efectos prácticos, restaurando o pactado xusto antes da moción de censura. As súas alianzas co PP derivaran tamén nun expediente de expulsión do PSOE que Campos aposta agora por paralizar para "reintegralo no partido" como "un compañeiro máis", se ben a decisión, subliña, corresponde aos órganos internos do partido. Campos coida que cómpre "poñer o contaquilómetros a cero" e fixa como prioridade a aprobación do orzamento Eses acordos cos conservadores producíanse, non obstante, sen que houbese a posibilidade real dun novo cambio de goberno -a lei electoral fai inviable unha segunda moción de censura neste mandato-, pero si de paralizar a xestión do gabinete que encabeza Campos. O regreso de Martínez persegue, din as mesmas fontes, dotar de "estabilidade" a xestión diaria da institución e pór fin a unha situación que, en última instancia, cren, beneficiaba as expectativas do PP cara ás municipais de 2019. Trátase, di Campos, de "reforzar o goberno e levar a cabo con maiores garantías políticas progresistas e de futuro" e para iso cumpría "poñer o contaquilómetros a cero" e "pregar o retrovisor". Segundo Martínez, o que este xoves se fixo oficial é que "se cumpren" as "condicións" estipuladas no pacto da moción de censura. "E unha vez que se cumpren, Manolo volve ao Grupo Socialista", subliña.
NOS_26055
Convoca as alcaldías das comarcas rurais a se mobilizar polo futuro do leite galego, independente da cor política dos gobernos.
Os rexedores nacionalistas de San Sadurniño, Boimorto e Mazaricos compareceron esta cuarta feira (1 de xullo) para anunciar que a organización frontista pulará por unha fronte de concellos, "sen distinción de ningunha cor política", que defenda o sector lácteo fronte á crise que o atinxe após o cesamento da recollida en múltiples explotacións. Así o explicou Xosé Luís Rivas, Mini, alcalde de Boimorto no que definiu como un "municipalismo rural". Rivas convocou un encontro na súa localidade ás 11.00h da vindeira segunda feira. Con este encontro a organización frontista visa procurar e explorar "maneiras de presionar" que axuden ás explotacións leiteiras. Un "berro de loita", sinalou Rivas, a prol da "supervivencia" dun sector co que, de morrer, "morre o rural". Pola súa banda, o rexedor de Mazaricos, Juan José Blanco, sinalou o fin dos "abusos" por parte da industria envasadora como un dos principais obxectivos da iniciativa após o cesamento da recollida en diversas explotacións por parte das empresas Leite Río e Leitigal. Esta acción súmase ao calendario de mobilizacións que están a deseñar as organizacións sindicais agrarias Unións Agrarias, Xoves Agricultores e SLG. Reivindicacións ás que se sumarán tamén os concellos, apuntan desde o BNG, o cal "non quere dicir que nós non teñamos algo que dicir como municipios", acrecentaron.
NOS_28934
Os casos positivos na Galiza aumentaron até os 267 afectados, un 8,9% máis que ás 15 horas do sábado, 207 persoas maiores e 60 traballadores.
Nas últimas horas do sábado contabilizáronse 22 casos máis nas residencias de maiores, 17 deles en usuarios e 5 en empregados. Os novos casos apareceron na residencia O Portazgo da Coruña, que conta con 19 casos activos (+9), na de Nosa Señora da Esperanza en Ourense, que suma 11 diagnósticos (+6), na Concepción Arenal da Coruña que crece até os 4 (+2) e un novo na Residencia As Fragas de Pontedeume. O resto de residencias manteñen os datos do sábado ao mediodía: DomusVi O Barreiro de Vigo encabeza a lista con 74 casos e séguelle Celanova (45), DomusVi Santiago (22), Nosa Señora de Fátima no Barco de Valdeorras (10), Divino Maestro de San Rosendo, en Ourense, (3), DomusVi Cangas (6), Fogar Bellolar (3) e a de Castro Caldelas (2). A todos eles súmanse aos casos individuais que se rexistraron na Residencia de Arteixo, Nosa Señora do Carme en Fisterra, Residencia Betania en Viveiro, Nosa Señora da Asunción de Caldas de Reis, Fundación José Otero de Santiago, DomusVi de Monforte de Lemos e o Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Crapd) de Vigo. Persoas falecidas Ademais destas cifras, confirmáronse dúas mortes con coronavirus en residencias: unha delas no Portazgo (onde xa morreron tres persoas en total) e outra de Fogar Bellolar da Coruña (que suma dúas vítimas mortais). No conxunto da Galiza morreron 12 persoas procedentes de residencias. As outras dez faleceron en DomusVi Santiago (3), Castro Caldelas (1), Celanova (1), DomusVi Barreiro (1) e DomusVi Carballo (1). Traballadores afectados Os empregados destas instalacións tamén son os grandes afectados desta pandemia, que durante o día de onte sumou cinco casos máis e sitúanse en 60. Os últimos diagnósticos positivos apareceron todos eles no Portazgo. No resto existen 18 casos en Celanova, 11 na DomusVi San Lázaro, outros tantos na DomusVi O Barreiro, 4 en Nosa Señora da Esperanza, 2 en Cangas, 2 en San Pedro (Crecente), un 1 San Xosé (Ourense), 1 en Bellolar, 1 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 1 en San Simón (Teo), 1 en CRAPD Vigo e outro na de Foz. Persoas con discapacidade Nos Centros de Atención para Persoas con Discapacidade os casos confirmados por Política Social aumentan até nove afectados (+1) en Aspronga (1), Redondela (5), Aixiña (1) e Santa Cruz de Rosendo (1) e en Residencia Dano Cerebral Cruz Vermella de Castro de Rei (1). Ao mesmo tempo, a cifra de traballadores que padecen o virus mantense en sete: catro de Redondela, un da Vivenda Tutelada Ágora, de Monforte de Lemos e outro na de Santiago e un novo no CAPD de Sarria.
PRAZA_1605
Non parece desatinado pensar que sexan outros lugares periféricos os máis susceptibles de converterse en laboratorios da nova política capaces de xerar prototipos replicables
"Temos laboratorios onde facemos toda clase de ensaios sobre a luz, as radiacións e as cores; partindo de obxectos incoloros e transparentes podemos representar tódalas diversas cores, non as do espectro (como acontece nas xemas e nos prismas) senón cada unha en particular. Representamos tamén multiplicidades de luces, que podemos levar a gran distancia e facelas tan potentes como para distinguir pequenos puntos e liñas." Francis Bacon, A nova Atlántica, 1626. 1. Descentrar a mirada. O centro cega. A centralidade é problemática. As cousas a miúdo comezan nas marxes, periferias e arredores O centro cega. A centralidade é problemática. As cousas a miúdo comezan nas marxes, periferias e arredores. A ideoloxía que acabaría por apoderarse do Imperio Romano decidindo durante case dous milenios a sorte de Europa, xurdiu das ruínas dunha insignificante provincia do Oriente Próximo. A aparición do réxime industrial non sería explicable sen as transformacións do sistema de plantacións colonial, en resposta ás continuas revoltas de escravos que sacudiron o século XVIII. O maio parisiense estudantil en verdade empezou nunha universidade anódina, Nanterre. Unha das máis influentes filosofías do século XX foi escrita nunha cabana da Selva Negra. O detonante da maior onda democrática das últimas décadas ardeu no corpo dun vendedor ambulante tunecino, en Sidi Bouzid. Algunhas das políticas que achandaron o camiño para a reformulación neoliberal do goberno en termos empresariais foron ensaiadas en pequeno enclaves municipais, como Visalia, no áspero Joaquin Valley californiano. Certo co 15M irrompeu con forza no Kilométro Cero, pero os que baixaron á praza portaban máscaras anónimas e bandeiras de Exipto e Islandia. "Tomar o centro do taboleiro político", esa foi a consigna, practicada dende o primetime televisivo. Pero sen outra irrupción marxinal, dende abaixo, dende os movementos a nivel municipal, a aposta de Podemos xa tería feito augas. Certo que o municipalismo e o presidencialismo se engarzaron de xeito virtuoso. O espazo aberto por Podemos contribuíu significativamente á chegada dos partidos-movemento ás alcaldías de Madrid, Barcelona, Badalona, Zaragoza, Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Cádiz, etc. As vitorias destes renovaron a posibilidade de estar nas xerais de novembro con posibilidades. Máis aínda, a devandita articulación será decisiva. Por exemplo respecto á débeda. De concertar a súa acción a Rede de Cidades Rebeldes, a insubordinación contra a "débeda ilexítima" pode estenderse a lugares inesperados. A reestruturación da mesma programada dende un executivo afín, podería apoiarse neste substrato combativo intensificándoo. Pero, que significa gañar? Para que e como? Os novos gobernos municipais comezan a poñer en marcha o seu plan de choque contra a crise tentando evitar os desafiuzamentos Agora ben, tanto como se falou sobre a "centralidade", fíxose sobre un verbo, "gañar", convertido en consigna. Pero, que significa gañar? Para que e como? Os novos gobernos municipais comezan a poñer en marcha o seu plan de choque contra a crise tentando evitar os desafiuzamentos, atendendo as necesidades máis urxentes das poboacións máis vulnerables, como as alimentarias, o cal é tan importante como insuficiente. O obxectivo non pode limitarse a saír dunha crise, a actual, que non é senón o último avatar doutros 123 estalidos, 123 burbullas identificadas polo propio FMI que lonxe de manifestarse e acoutarse localmente se foron concatenando dende a supresión do patrón-ouro no 1971, coa instauración do sistema internacional de divisas flotantes, o auxe do capitalismo financeiro e a financiarización neoliberal da vida cotiá. Burbulla de burbullas, a Gran Burbulla segue crecendo aínda hoxe alimentada pola estratexia do quantitative easing da Reserva Federal estadounidense, que inunda o planeta con dólares-débeda explosivos. O futuro non está escrito. Pero non resulta difícil imaxinar novos escenarios críticos no futuro próximo, evidentemente máis virulentos. De volver golpear en España, pouco quedaría do colchón welfarista para amortecela. O reto non é só saír desta crise, senón poñer fin á espiral das últimas décadas refundando a política. 2. Sopesar. Non parece desatinado pensar que sexan outros lugares periféricos os máis susceptibles de converterse en laboratorios da nova política capaces de xerar prototipos replicables No plano municipal, Madrid e Barcelona non deixarán de ser capitais. Mais, non parece desatinado pensar que sexan outros lugares periféricos os máis susceptibles de converterse en laboratorios da nova política capaces de xerar prototipos replicables. A provincia coruñesa é un destes espazos. As súas tres cidades -Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol- están gobernadas por partidos-instrumentais nacidos dos movementos sociais -especialmente en Coruña- e outras forzas esquerdistas que adoptaron a gramática inspirada polos "indignados". Danse condicións comparativamente favorables. Nas tres cidades gobernan en minoría e serán obxecto dun continuo bloqueo, pero o PSOE depende do apoio das "mareas" para rexer a Deputación coruñesa. Dende o autonómico o Partido Popular podería intentar estrangulalas, pero isto significaría facer o propio coa práctica totalidade das urbes galegas, pois todas, con excepción de Ourense, quedaron para a oposición, e as eleccións autonómicas, a un ano vista, limitan aínda máis as súas manobras. A cuestión da escala tampouco é trivial. Un mesmo conxunto de proxectos pequenos pero innovadores, que en Madrid ou Barcelona serían non só difíciles de implementar, dada a situación institucional, senón que poderían pasar como anecdóticos pola súa magnitude, en escalas urbanas menores serían susceptibles de alcanzar un impacto material e simbólico considerable. Danse tamén condicións adversas, como a relativa escaseza de cadros e mentes pensantes en comparación con aquelas metrópoles. Ante esta carestía, sumada a inestabilidade institucional e a falta de experiencia no goberno, aos novos gobernantes pódelles tentar actuar cunha prudencia indistinguible do conformismo, e así xestionar o "plan de choque" limitándose, polo demais, a responder a cuestións de mera reforma local. Sen dúbida levarán adiante as súas propostas democratizadoras, en termos de transparencia e participación. E se ben o primeiro quizais chegue para quedar, o segundo esgotarase se a política non cambia de raíz. Isto mesmo aconteceu nun dos municipios da conurbación herculina, Oleiros, aínda gobernado por un partido nacido do movemento municipalista da Transición, cunha estatua do Che Guevara na súa principal avenida e unha democracia participativa en retirada. Durante os últimos quince anos fóronse limitando as súas competencias e capacidade lexislativa, reforzando os controis das instancias organicamente superiores O listado de puntos que as mareas teñen no seu contra non remata. A constante perda de autonomía municipal en España é un deles. Durante os últimos quince anos fóronse limitando as súas competencias e capacidade lexislativa, reforzando os controis das instancias organicamente superiores. Para reverter esta tendencia, para lanzar un Proceso Constituínte do municipal, hai que chegar á administración central. Para asegurar o cambio os municipalistas deben ter representación no Congreso e o Senado, propoñendo os seus propios representantes nas circunscricións provinciais. Aínda con todo, é moito o que ata entón se pode facer cos activos humanos que xa contan as cidades galegas, e cos que poden chegar de fóra inspirados por unha experiencia innovadora. 3. Instituír o común. Non se trata só de recuperar o público con remunicipalizacións que avalen un aumento do gasto social mediante distintos subsidios, senón de crear tamén e facer crecer unha nova economía, distinta a aquelas outras economías propietarias, públicas ou privadas Politicamente quizais o fundamental neste clúster de cidades atlánticas pase polo concernente a un cambio da "matriz económica", que non só produtiva. É aí onde, precisamente, a democratización, en termos de participación, pode botar raíces. Non se trata só de recuperar o público con remunicipalizacións que avalen un aumento do gasto social mediante distintos subsidios, senón de crear tamén e facer crecer unha nova economía, distinta a aquelas outras economías propietarias, públicas ou privadas. O paradigma que vén desenvolvéndose dende inicios dos anos 1990 chámase "pro-común. Neste a distinción entre produtor, distribuidor e consumidor, xestor do recurso e mero usuario complícase ou mesmo implosiona, dándolle as súas institucións un novo sentido á participación política. Por exemplo, a Cidade dos Comúns podería dotarse, como noutros lugares existe xa, de bancos de tempo e moedas municipais e intermunicipais. Redes e circuítos autónomos. Un fluxo alleo á especulación de divisas co que fomentar a alianza de Cidades Rebeldes e o circulación económica dos viveiros de empresarialidad peer-to-peer e copy left -isto é, pro-común- que dende o asociacionismo e os gobernos se impulse. As distintas institucións da economía do común poderían encontrarse espacialmente en centros cívicos convertidos en ágoras polivalentes contenedoras das instancias deliberativas descentralizadas -orzamentos participativos, etc. Deste modo unha mesma plataforma para democratizar e aproveitar e poñer en valor monetario a creatividade social convértese en insignia, dándolle a volta ás tres cidades neoliberais; a saber: a Smart City do control tecnolóxico, a Cidade Creativa do capitalismo cognitivo e a Cidade-Marca do modelo neoliberal dos territorios en competencia, todas elas alimentadas polo petróleo da débeda. O pro-común incita a devandita mobilización. Constitúe un suxeito político O reto pasa por unha transformación da matriz económica onde un dos seus compoñentes, o pro-común, se expanda colonizando os espazos do público e o privado. Pero o propio crecemento desta economía implica abrir as portas a unha sociedade mobilizada, participativa política e economicamente. O pro-común incita a devandita mobilización. Constitúe un suxeito político. Sobra dicir que sen o poder constituínte do movemento, creando as súas propias institucións e opoñéndose e refreando a acción antagonista dos poderes fácticos, non se poderá avanzar moito nas políticas sociais nin se crear os laboratorios que xeren os prototipos do cambio.
NOS_18226
Industria e servizos son os sectores con maior número de operari@s sometidos a un expediente. En 2012 foron 30.000 @s traballador@s afectad@s, un 29,9% máis que no ano anterior.
Un total de 29.662 persoas. Ese é o número de traballador@s afectad@s por un expediente de regulación de emprego en Galiza o ano pasado. 6.833 máis que no exercicio anterior (2011), o que supón un incremento do 29,9 por cento. A media non deixa lugar a dúbidas: cada día hai, de media, 73 operari@s sometidos a un ERE. Son datos oficiais, que apuntan que nos sectores onde hai máis traballador@s 'tocad@s' por un ERE é en servizos e industria. No primeiro, 9.300 persoas (catro mil máis que no ano anterior). Na industria, 16.000 operari@s baixo expediente de regulación, catro mil máis que en 2011 (cando foran 12.024). No que atinxe a industria, é a do ramo da manufactura a que ten máis traballador@s nesta situación (14.994). Destrución No que corresponde ao sector de servizos é no do comercio ao retallo e reparación de vehículos onde máis bateu o ERE, con 3.326 persoas afectadas en 2012, 1.967 máis que no ano anterior. Mais tamén en hostalería (360 operari@s), en transporte e almacenamento (661), actividades administrativas (1.297),...
PRAZA_6845
A histórica marxinación de Galicia, causada polo descarado desinterese dos gobernos de Madrid -indistintamente de que sexan de dereitas ou de esquerdas- e en boa medida consentida, tense acentuado nos últimos tempos por mor da desgaleguización da política no noso País.
"O que nós vemos das cousas são as cousas./ Por que veríamos nós uma cousa se houvesse outra?". (O Guardador de Rebanhos, Alberto Caeiro -heterónimo de F. Pessoa-). Hai cousa duns días, o presidente da Xunta, tan emposto a contarnos milongas, facía espaventos, tratando de convencernos de que, grazas á súa encomiable labor, aínda hai moita auga nese pozo que, curiosamente, el mesmo tanto contribuíu a que estea a piques de estiñar. Nunha recente comparecencia pública, este excelentísimo señor afirmaba que "Galicia ten criterio, está presente e escoitaselle en España", "creo que os meus colegas doutras comunidades, discrepan de Quintana". O tal, despois seguiu falando e falando, sen sequera pórse colorado. O señor Feijoo pretendía negar o obvio e levarlle a contra a Anxo Quintana, no seu empeño en convencernos de que debemos mudar canto antes a nosa parsimonia Coa pose habitual que o caracteriza -tan pouco crible, por certo- o señor Feijoo pretendía negar o obvio e levarlle a contra a Anxo Quintana, no seu empeño en convencernos de que debemos mudar canto antes a nosa parsimonia, para evitar que Galicia acabe situada en ningures e para frear en seco a marxinación endémica que non ten trazas de cambiar, a pesar de que os tempos que se aveciñan poderían ser propicios para enfiar as cousas polo camiño acaído se somos capaces de tomar cartas no asunto e de decatarnos que, nunca mellor dito, ninguén nos vai sacar as castañas do lume. A histórica marxinación de Galicia, causada polo descarado desinterese dos gobernos de Madrid -indistintamente de que sexan de dereitas ou de esquerdas- e en boa medida consentida, tense acentuado nos últimos tempos por mor da desgaleguización da política no noso País. Mais a cousa non ten pinta de coller trazas e comeza a ser preocupante se non adoptamos unha actitude que nos permita estar en condicións de porfiar por sermos considerados como galegos con dereitos, capaces de pór en valor as nosas capacidades, comezando por situarnos no lugar que nos corresponde na configuración territorial que vai agromar da inminente reforma constitucional, inevitable para que vascos e cataláns atopen acomodo no Estado español. Deberiamos andar finos de orella para non deixarnos embobar polos novos feiticeiros que asoman polo sol nacente que, a pesar das súas boas intencións, tampouco serán capaces de aviar a situación Ah! O meu tío Lisardo advírtenos que deberiamos ir cavilando en atopar as ferramentas e os instrumentos apropiados, e a pericia necesaria, para facernos valer por nos mesmos e así evitar caer na trampa que, por enésima vez, nos van armar os vellos conseguidores, dispostos –coma sempre- a salvarnos da marxinación secular. Mesmo deberiamos andar finos de orella para non deixarnos embobar polos novos feiticeiros que asoman polo sol nacente que, a pesar das súas boas intencións, tampouco serán capaces de aviar a situación. Pois iso.
NOS_47125
O conselleiro de Educación pronunciouse nestes termos á saída do CPI Lamas de Abade (Angrois).
Jesús Vázquez calificou como "acto fascista" o protesto que na xornada de onte (23 de outubro) impediu ao presidente da Xunta de Galiza participar nunha conferencia na USC. Ducias de estudantes, que portaban cartaces co lema 'Fóra Feijóo da USC', apuparon o líder do executivo galego ás portas da Facultade de Matemáticas e tamén no interior do salón de actos no que ía decorrer a intervención do presidente. Porén, finalmente foi imposíbel e o gabinete de Feijóo optou por marchar. Jesús Vázquez pediu "unha condena" do acto por parte da "sociedade" e os "partidos políticos" Desde a Consellaría de Educación, o seu responsábel, Jesús Vázquez --que tamén se atopaba no campus onte-- asegurou que se tratou dun "acto fascista" e que "merece unha condena non só do goberno senón de toda a sociedade e partidos políticos". O estudantado denunciaba coa súa acción os recortes e a xestión de goberno de Alberto Núñez Feijóo non só en materia educativa senón tamén xuvenil. Porén, para Vázquez "a universidade" ten a obriga de "impedir" actos coma o decorrido en Matemáticas pois, sinalou, "pouco ten a ver coa propia universidade".
PRAZA_21093
Foi a primeira muller licenciada en Medicina na Universidade de Santiago e despois de varias estadías de investigación no estranxeiro destacou aplicando os estudos de xenética á medicina, un campo antes non traballado en España. A Real Academia Galega de Ciencias dedicaralle o 8 de outubro o Dia da Ciencia en Galicia.
Fernández de la Vega foi pioneira da xenética médica en España e durante toda a súa vida foi abrindo camiño en ámbitos anteriormente reservados en exclusiva para os homesJimena Fernández de la Vega é a elixida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para ser homenaxeada como "Científica galega do ano 2021". A institución aproveitou a celebración, este xoves 11 de febreiro, do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para anunciar a súa decisión. Aínda que o acto académico central de homenaxe terá lugar o 8 de outubro co gallo do "Dia da Ciencia en Galicia" programaranse durante todo o ano diversas actividades para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións. Fernández de la Vega foi pioneira da xenética médica en España e durante toda a súa vida foi abrindo camiño en ámbitos anteriormente reservados en exclusiva para os homes. De feito foi, xunto coa súa irmá xemelga Elisa, a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, en xuño no ano 1919.Xunto coa súa irmá xemelga Elisa, foi a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1919A diferenza dalgunha das súas antecesoras nos pupitres compostelás, como foi o caso de Concepción Arenal, as irmás Fernández de la Vega non necesitaron disfrazarse de homes para asistir ás aulas; pero deberon soportar discriminacións por parte do resto do alumnado e do profesorado. Como relata Ánxela Bugallo no Album da Ciencia do CCG, "un compañeiro de clase as escoltaba ata as aulas porque as increpaban. Ante os comentarios despectivos levantaban a cabeza e seguían adiante".A Academia de Ciencias quere "dar a coñecer a súa figura como exemplo de muller científica, en tempos nos que non era doado ser admitida e recoñecida"A RAGC destaca que Fernández de la Vega "tivo o grande acerto de incorporar a xenética ao ámbito da saúde, sendo unha verdadeira pioneira da xenética médica en España" e que posteriormente "os seus traballos no campo da hidroloxía aplicada á saúde foron tamén de enorme valía". A Academia de Ciencias quere "dar a coñecer a súa figura como exemplo de muller científica, en tempos nos que non era doado ser admitida e recoñecida".Deste xeito únese aos anteriores homenaxeados nesta celebración, instituída pola RAGC no ano 2008: Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallástegui, Ramón María Aller Ulloa, Antonio Casares, Benito Jerónimo Feijoo, Luis Iglesias, Ángeles Alvariño, Ignacio Ribas, Baltasar Merino, Domingo Fontán, Tomás Batuecas e Andrés Comerma. É polo tanto, a segunda muller que recibe este recoñecemento.Realizou estadías de investigación en Alemaña, Austria e ItaliaNaceu en Vegadeo en 1895, onde exercía como médico o seu pai, Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín, natural de Castroverde, que foi o primeiro director do balneario de Guitiriz. Realizou o bacharelato no Instituto de Lugo entre 1909 e 1913, ano no que se matriculou na Facultade de Medicina da USC. Seis anos máis tarde licenciouse con sobresaliente e acadou un dos dous Premios Extraordinarios concedidos. En 1922 doutorouse na Facultade de Medicina da Universidade Central en Madrid. Foi unha das cincuenta científicas ás que a Junta para Ampliación de Estudios (JAE) concedeu bolsas de investigación para estudar fóra de España, sendo investigadora en Alemaña e Austria entre 1923 e 1927.Ao seu regreso a España, observou un certo descoñecemento dos fundamentos da xenética aplicada á saúde polo que desenvolveu un intenso labor de divulgación. Animada por profesores como Pittaluga, Nóvoa Santos e Marañón, ocupouse da tradución de obras de Julius Bauer e outros fisiólogos alemáns, realizou diversos traballos clínicos e publicou artigos coa fin de espallar os coñecementos adquiridos no exterior. Como resultado deste traballo, creouse en Madrid a "Sección de Xenética e Constitución" en 1933 da que Fernández de la Vega foi nomeada directora. En 1933 foi nomeada directora da "Sección de Xenética e Constitución" Entre 1933 e 1934 realizou unha segunda estadía de investigación en Alemaña e Italia. Porén, á súa volta as autoridades científicas españolas decidiron un cambio radical da orientación da xenética, abandonando a metodoloxía experimental e transformando o Seminario nun centro de estudos xenéticos teóricos. Desgustada con esta orientación, Jimena foi pouco a pouco abandonando este ámbito, orientando a súa vida profesional á aplicación da hidroloxía no campo da saúde, campo ao que destinou todo o seu entusiasmo, traballando como médica do balneario de Guitiriz, onde traballara o seu pai, e dirixindo posteriormente os balnearios de Montemayor (Cáceres), de Zestoa (Guipúscoa) e de Lanjarón (Granada), onde se xubilou. Jimena Fernández de la Vega é unha das 12 científicas galegas ás que lles dedicamos esta DuciaDía Internacional da Muller e a Nena na CienciaA Universidade da Coruña preparou para este ano dúas pezas audiovisuais dirixidas a escolares de educación primaria e secundariaAs universidades galegas organizan distinas actividades este xoves para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A Universidade da Coruña preparou para este ano dúas pezas audiovisuais dirixidas a escolares de educación primaria e secundaria nas que investigadoras coruñesas contan dunha maneira sinxela e próxima a súa traxectoria científica e vital e os seus logros profesionais e relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica. A iniciativa "Atrévete a pescudar con elas!" busca que os centros visualicen estes vídeos e os alumnos e alumnas participen enviando as súas preguntas ás científicas ata o 19 de marzo. Así mesmo, numerosas científicas da Universidade de Coruña están a participar ao longo desta semana en diversas iniciativas que están a dar a coñecer a ciencia da man de mulleres. É o caso do ciclo da ciencia é feminino "Recoñéceas" no que unha decena de investigadoras da UDC protagonizaron diversos talleres en liña dirixidos a centros educativos de toda Galicia.A táboa redonda 'De nenas a investigadoras: o camiño da ciencia' busca achegar as experiencias de investigadoras de diferente perfil e etapa profesional na USC, co obxectivo de promover vocacións científicas entre as rapazas novasNa USC centraranse en dar a coñecer a traxectoria de científicas que se atopan en diversos intres da súa carreira. A táboa redonda 'De nenas a investigadoras: o camiño da ciencia' busca achegar as experiencias de investigadoras de diferente perfil e etapa profesional na USC, co obxectivo de promover vocacións científicas entre as rapazas novas. Moderada pola responsable de comunicación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Elena Mora, a mesa de debate contará coa participación de Paula López, directora adxunta do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS); María Jiménez, investigadora principal do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS); Catarina Allegue Toscano, investigadora posdoutoral do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS); e María José Gómez, investigadora predoutoral do IGFAE.
PRAZA_20476
O sindicato salienta que non foi un accidente puntual e culpa á Xunta de estar "do lado da empresa e non dos traballadores" Morre un traballador ao caer na obra da ponte de Rande, onde a CIG denunciou "explotación laboral"
Morre un traballador ao caer na obra da ponte de Rande, onde a CIG denunciou "explotación laboral" A CIG vén de rexistrar ante a inspección de Traballo e a Consellería de Economía, Emprego e Industria dúas peticións formais nas que reclama a "inmediata paralización das obras" de ampliación da AP-9 na ponte de Rande. As peticións prodúcense despois de que a pasada semana un obreiro de 54 anos falecese ao caer dun noiro desas obras e malia as protestas previas do propio sindicato polas xornadas de ata doce horas diarias e en altura a que están sometidos algúns traballadores. Por iso, a CIG reclama que os traballos non continúen ata que estea garantida a seguridade e a saúde dos traballadores. O sindicato salienta que non foi un accidente puntual e culpa á Xunta de estar "do lado da empresa e non dos traballadores" "A morte dun traballador no seu posto de traballo non pode quedar impune", salientou este luns o secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, quen reclamou tamén unha investigación do sucedido por parte da Fiscalía. Ao seu xuízo, a morte da pasada semana confirma as denuncias que viña facendo o sindicato, polo que cualificou o sucedido de "crónica dunha morte anunciada". Pola súa banda, o secretario nacional da federación de Construción da CIG, Xoán Xosé Melón, indicou que a inspección de Traballo recoñeceu que se producían excesos nas xornadas laborais tras unha visita á obra que realizou en abril. Como outro exemplo de que o sucedido non foi un feito puntual, os representantes da CIG indicaron que un día despois da morte do obreiro, outro traballador rompeuse un brazo, e unha semana antes outro cortouse un dedo. A ampliación da AP-9 ao seu paso por Rande está sendo realizada pola Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Dragados e Grupo Puentes, que á súa vez subcontrata a outras firmas, como a que empregaba ao traballador agora falecido, Syo. Porén, son uns traballos encargados pola concesionaria, Audasa, baixo autorización do Ministerio de Fomento. Por iso, os representantes da CIG incidiron en que se trata dunha obra impulsada pola propia Administración, á que reclamaron un maior control da mesma. Así, os sindicalistas salientaron que o Goberno galego ten as competencias sobre prevención de riscos laborais e é coñecedor dos "abusos" que se están a producir sen que ata o momento fixese "nada para pórlle fin". "Está ao lado da UTE e non dos traballadores", sentenciou Gonçalves.
PRAZA_13056
BNG, ERC, Amaiur, CiU e Iniciativa defenden un manifesto dos tres colectivos a prol dos equipos deportivos de Galicia, Euskadi e Catalunya no que se reclama "o dereito das nacións a competir de maneira oficial"
Doce deputados e senadores en representación de BNG, ERC, Amaiur, CiU e Iniciativa per Catalunya apoiaron este luns un manifesto conxunto da plataforma proSeleccions catalá, da asociación vasca Esait e do colectivo Siareiros Galegos na que reclaman "o dereito de Galicia, Euskadi e Catalunya a competir de maneira oficial". Aproveitando a semana na que Athletic Club e Barcelona se enfrontan na final da Copa do Rei en Madrid, as tres plataformas civís leron as súas reivindicacións e deron unha rolda de prensa conxunta nunha sala da Cámara Baixa na que contaron co apoio de varias formacións políticas, a maioría delas nacionalistas. "Catalunya, Galicia e Euskal Herria e os seus pobos teñen dereito a participar con seleccións deportivas propias que as representen", solicitaron os convocantes, que cren que "competir oficialmente é un dereito que os deportistas e as súas federacións teñen que poder gañar co si das federacións internacionais, as únicas con capacidades de decisión sobre as solicitudes de recoñecemento". "Catalunya, Galicia e Euskadi teñen dereito a participar con seleccións deportivas propias que as representen" Logo de poñer varios exemplos de seleccións oficiais de nacións sen Estado, os tres colectivos insistiron en pedir ao Goberno español "respecto, liberdade e a non intervención, nin lexislativa nin de facto, en contra da vontade dos deportistas e os afeccionados vascos, cataláns e galegos". "Ata o de agora, a resposta do Estado foi sempre a de restrinxir, coaccionar e sancionar a aqueles deportistas que insinuaron a súa negativa a negarse a xogar coa selección española, ameazándoos coa retirada da súa licenza federativa", lembran. Alexandre Costa, membro dos Siareiros Galegos e un dos asistentes ao acto, amosouse "moi satisfeito" da acollida dos deputados á proposta das plataformas e destaca a importancia "da colaboración entre as tres para futuras propostas conxuntas". "A importancia é que todos os colectivos acordamos en que isto non fique aquí e en que as futuras reivindicacións sigan unha liña de traballo conxunto para facer máis forza entre todos", asegura, tras lembrar que tanto Siareiros como Esait e proSeleccions tiveron tempo de explicar aos deputados o seu traballo a prol da oficialidade das seleccións deportivas vascas, catalás e galegas. Solicitan unha xornada de reivindicación na final de Copa pero "de maneira positiva e con respecto para todos" Ademais, Francesc Serra, en nome da organización catalá, fixo un chamamento para que na final do partido de Copa do vindeiro venres sexa visible que "hai dúas nacións representadas" e que as súas afeccións convertan o estadio e os seus arredores nun foro para "reivindicar a oficialidade de ambas as dúas seleccións", aínda que de maneira "positiva" e sen xerar "enfrontamento ningún coa xente". "Debe ser unha afirmación nacional pacífica e democrática na que haxa respecto para nós e tamén para os que non son como nós. É unha cuestión de democracia", solicitaron as tres plataformas, que estiveron apoiadas polo BNG (Olaia Fernández Davila) Amaiur (Rafael Lareina e Xavier Mikel Errekondo), Unió Democràtica de Catalunya (Marta Surroca e Eva Parera), Convergència Democràtica de Catalunya (Josep Maldonado e Jordi Jané), Esquerra Republicana de Catalunya (Joan Tardà, Alfred Bosch e Teresa Jordà), Iniciativa per Catalunya-Verds (Joan Coscubiela e Laia Ortiz).
NOS_2924
O director de Stellantis en Vigo di que a decisión final depende da política do grupo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, presentou a Ignacio Bueno, director do centro do grupo automobilístico Stellantis (antiga PSA) en Vigo, a candidatura da Galiza para acoller unha fábrica de baterías do grupo, unha decisión que Bueno aclarou: "Vai asociada a unha política global" da compañía. Feixoo aproveitou a súa visita ao centro de produción da firma automobilística para defender que a Galiza "é un lugar adecuado para este tipo de investimentos multimillonarios" e púxose "ao servizo de Stellantis" para proxectos deste ámbito. "Da mesma forma que Stellantis investiu en baterías Francia ou en Italia, desde logo, nós presentamos a nosa candidatura", destacou Feixoo, quen insistiu en que se precisa "dun fabricante de automóbiles que acompañe ese proxecto". Así, afirmou que o grupo "coñece" esta candidatura e afirmou que se insistirá na mesma. Pola súa banda, preguntado polos medios, o director do centro vigués de Stellantis lembrou que a finais de 2018 PSA iniciou contactos para estabelecer unha estratexia industrial para a fabricación baterías que permitiu a creación dunha empresa na que participa a firma agora integrada en Stellantis. Posíbel anuncio do grupo Nesta liña, dixo que o grupo "vai ir dividindo a localización das fábricas de baterías onde a súa política industrial decida que é máis interesante".3s Aínda que Bueno trasladou que Stellantis é consciente do "interese" da Galiza e de territorios de España por acoller estas factorías, remarcou que "a decisión vai asociada a unha política global de investimentos, industrialización e carga de traballo". Na mesma liña, apuntou que probabelmente esta quinta feira o grupo realizará un anuncio a respecto diso nunha rolda de prensa.
NOS_2691
"O noso informe non pode ser empregado como proba para unha acción militar en Siria", sinala a ONG e incide na necesidade dunha investigación independente
MSF, Médicos sen Fronteiras, saíu ao paso da utilización do seu informe para xustificar unha acción militar contra Siria. Desde goberno de EUA até medios de comunicación occidentais botaron man nestes días do documento que a ONG fixo, denunciando que atenderon o pasado sábado a 3.000 civís sirios con símtomas neurolóxicos. A organización denuncia, segundo recollen diversos medios, que gobernos como o de Estados Unidos esté a empregar a información por ela achegada para sentenciar que o uso de armas químicas "é innegábel" e sinalar os culpábeis dese ataque. "A nosa información médica non pode ser proba para atribuír a responsabilidade do suceso nin para certificar a orixe precisa da exposición a un axente neurotóxico". O pasado sábado, MSF alertou que que Hospitais de Damasco atenderan máis de 3.000 persoas intoxicadas."Aínda que esa información apunta a unha exposición masiva a un axente neurotóxico, MSF precísase unha confirmación científica", aliás "dunha "investigación independente" que determine o que aconteceu.
NOS_41901
A identidade cultural na música, como tantas outras manifestacións nas que a palabra non ten por que adoptar o rol central, esperta preguntas complexas e por veces mesmo controvertidas. Que factores nos levan a estabelecela? Que podemos chamar música galega? É a lingua un elemento determinante? Que papel desenvolveu e cal aspiramos que xogue no futuro? Son estas interrogacións fluídas que flotan nun mundo de identidades líquidas, por veces case –cando menos, en teoría– evaporadas nas dinámicas do global ou nas hibridacións aceleradas, para as que a diversidade de respostas incita máis a reflexión que latexa no múltiple, para axudarnos a entender quen somos e por que, ou se cadra máis importante, cara a onde queremos encarreirar o mañá.
Nun mundo crecentemente globalizado, as transformacións de conceptos como identidade ou cultura teñen provocado a reflexión desde múltiples disciplinas –filosofía, socioloxía, antropoloxía... Os fíos que nos conforman vólvense máis fráxiles ou mesmo cambian minuto a minuto, con debilitacións das lealdades dos Estados-nación, antes cerna, en favor do capital ou a súa encarnación empresarial máis tanxíbel. A música ten xogado neste proceso un importante papel, por exemplo na creación de audiencias que sobordan os límites nacionais ou de comunidades lingüísticas, como estudaba xa a mediados dos 90 o investigador Rowland Lorimer, con cambios nas propias maneiras de distribución e industrialización desta forma cultural que levan igualmente a outros modos de entender as súas identidades. Como se constrúe neste contexto a galeguidade nunha manifestación como a música? Que elementos definen a música galega? A súa adscrición ao territorio? O uso de instrumentos autóctonos? A recuperación de melodías somerxidas na tradición? O lugar de nacemento das artistas? Estamos nun contexto de hibridación global no que as identidades continúan a ter peso ou camiñamos cara á homoxeneización de determinadas formas, case transnacionais en xéneros como o rock, cantaruxado maioritariamente en inglés? E que papel xoga a lingua en todo isto? A galeguidade no século XIX "A relación entre música e identidade é tan antiga como a mesma música, igual que toda forma da cultura", afirma Luís Costa, musicólogo e profesor da Universidade e do Conservatorio de Vigo. É a realidade cotiá a que configura esas identidades, persoais e colectivas, que se sosteñen de maneiras diferentes segundo os cambios históricos. No caso Europeo, estendido ao resto do mundo, os séculos XVIII e XIX viron florecer unha idea de cultura vencellada á de Estado-nación, sobre a que tamén se artellaría consecuentemente a identidade. Galiza, aínda que caia da banda das nacións sen Estado, non escapa a esa dinámica. "A música era o mecanismo de construción colectiva capaz de chegar a un pobo que non lía", explica o musicólogo luís costa A formación desa relación entre identidade e música enténdese coa aparición dunha conciencia de modernidade no país, cando se constrúe o ideario galeguista. Dentro dun proceso paneuropeo, o feito de "ter unha idiosincrasia fundamentalmente idiomática favoreceu que se puidese debuxar un tipo de música cunhas particularidades", explica Costa. A existencia de xéneros propios como a muiñeira ou o alalá no territorio tamén contribuíu a que ao seu redor se articulase esa identidade, que resulta máis fácil de construír na diferenza, coa configuración dun corpus máis facilmente asociado coa galeguidade que outros de orixe extra galaica. "A articulación política a través da música foi moi importante", asegura Costa. Galeguistas tan emblemáticos como Manuel Murguía déronlle relevancia nos seus textos, coa conciencia de que "era o mecanismo de construción colectiva capaz de chegar a un pobo que non lía". Os coros galegos das primeiras décadas do século XX, como Toxos e Froles ou Cántigas da Terra, foron fundamentais neste senso, razón pola que as Irmandades da Fala se verían tan ligadas a eles. Negociar o global Ese proceso chega até hoxe, se ben as regras do xogo mudaron. Coa guerra civil española como marca de cambio, a construción identitaria entraría logo nas dinámicas de globalización internacional. Paradigmaticamente, o folk, de orixe estadounidense durante a década dos 30 e 40, chegaría a Europa nos 50 e á Galiza a finais dos 60 e comezos dos 70, como un xénero que implica un reposicionamento da "identidade musical galega desde as chaves da galeguidade", pero articulado neses fluxos globalizados coa introdución, por exemplo, de instrumentos como a arpa celta, hoxe en día moi asimilados, mais que na música tradicional non existían, senón que viñan de Irlanda. Tratábase de "crear un produto que, sendo recoñecíbel como galego, resulte ao tempo homologábel na etiqueta folk a nivel internacional", resume Costa. O que hoxe identificamos como música galega é o resultado da "tradición romántica do século XIX, sometida a procesos de globalización e hibridación, e xa a partir da época dos 70 ou 80 vencellada ás dinámicas do mercado de consumo internacional", di o profesor. "Esa formación da identidade ten a ver con elementos formais (a muiñeira, un xénero propio) mais sobre todo con construcións mentais ou ideolóxicas", explica. O rol da lingua En termos da industria, adoitamos considerar como música galega aquela que se fai no que constitúe os límites territoriais da Galiza, ou fan persoas de nacionalidade galega fóra das nosas fronteiras. O criterio lingüístico, escollido como excluínte para disciplinas como a literaria coa innegábel pegada de Ricardo Carvalho Calero, non presenta no musical, en principio, especial relevancia. Mais coa lingua como alicerce fundamental da identidade galega, non semella estraño preguntarse por aquela música que se produce en castelán, xa non en xéneros xenuinamente non galegos (que tamén), senón naquel polémico e exemplar caso das músicas recollidas das gorxas das persoas máis anciás, onde o compoñente identitario é innegábel. "As coplas en castelán formaban parte da tradición musical galega tamén no século XIX", asegura Costa. Unha consecuencia dos movementos migratorios ou da propia realidade na que historicamente moitos espazos da nosa cultura foron castelanizados. En último termo, o que as discusións sobre estas pezas porían en evidencia é unha pregunta de raíz: "É posíbel expresar unha galeguidade en castelán? A resposta teoricamente é que si", afirma o musicólogo. "Creo que a identidade e a idiosincrasia dos pobos é algo que vai moito máis alá da lingua", opina nesta mesma liña Guadi Galego. Restrinxir o corpus da música galega á feita en galego implicaría deixar de lado impulsos transcendentais como a Movida, cuxa importancia "ninguén pode negar", observa. "Aínda que para min a lingua é o piar absolutamente base", acrecenta. A compositora e intérprete viviu de primeira man aquel mencionado auxe do folk co seu paso por Berrogüetto, aínda que actualmente se decanta por unha fuxida deliberada e recoñecida das etiquetas, na procura tamén dunha identidade persoal da que o galego forma parte. "Creo que a identidade e a idiosincrasia dos pobos é algo que vai moito máis alá da lingua", opina nesta mesma liña Guadi Galego Para Hugo GZ, vocalista da banda de rap SonDaRúa, aínda que o calificativo de música galega se aplicaría a "todos os grupos que fan música na Galiza", en termos de identidade e creación de valor cultural e, sobre todo, no que atinxe ao potencial normalizador da lingua galega, entende que o lingüístico é un punto de compromiso coa cultura que "ou o pomos nós en valor ou non o vai facer ninguén". Nese senso, destacando o uso de aspas, opina que "os que facemos música na nosa lingua somos 'máis galegos' que os que a fan en castelán". A súa é unha lírica combativa que fai do idioma bandeira, na liña de moitas outras propostas musicais que asumen a reivindicación crítica desde as súas propias olladas. Problematizar a identidade Unha das respostas máis orixinais á etiqueta ofrecíaa se cadra o vocalista das Ataque Escampe nun faladoiro virtual ofrecido hai anos, antes desta inundación das tendencias non presenciais que en tempos de pandemia nos atravesa. Filólogo de carreira, Álex Charlón aludía á música galega entendida como a feita na Galiza equiparándoa ao complemento circunstancial de lugar, mentres a configuración do adxectivo como complemento directo exixía algo máis, que en moitos casos pasa pola lingua. Segundo comenta Samuel Solleiro, outro dos membros da banda que se mantiveron estábeis ao longo dos anos na formación, mesmo nun grupo non todos teñen exactamente a mesma visión nin esta permanece inmutábel no tempo. Con todo, o da identidade é un tema que se atopa moi presente no seu traballo discográfico, sobre o que teñen vontade de incidir, "pero sen dicir nada en concreto", matiza. Así, contra a música que "presupón unha certa identidade galega" case decidida desde arriba, como "exército para facer chegar esa identidade á xente", Ataque Escampe prefire entendela como creada polas propias cancións, que contribúen en especial a problematizala. "Todo é máis complicado que catro slogans", di Solleiro. Desde o propio Galicia es una mierda até aqueles Violentos anos dez a súa obra recolle un corpus de temas que, explorando estilos que van do rock ao soul, pasando polo indie ou o pop, se constrúen ateigados de retranca e reflexión nunha idiosincrasia constantemente negociada e hibridada nese mundo global. Solleiro sospeita que non todas as integrantes de Ataque Escampe coinciden na súa opinión sobre considerar tamén como música galega aquela cantada en castelán, pero el maniféstase a favor. "Ninguén ten o patrimonio da identidade galega, todas son lexítimas. Independentemente de que eu sexa unha persoa monolingüe en galego, a realidade é que hai como mínimo outra lingua, ou máis se consideramos a presenza do inglés na música", argumenta. Cara á normalización SonDaRúa, Guadi Galego ou Ataque Escampe encádranse en eidos musicais moi distintos (con constatábeis evolucións no curso das súas traxectorias as dúas últimas) que encaixan coa propia diversidade á que apunta o panorama internacional, no que a música se entende ademais desde a forte compoñente industrial como un ben de consumo suxeito ás modas e ás leis do mercado, ao tempo que concilia o seu valor máis simbólico na construción de identidades híbridas e cambiantes. Representan tamén distintas xeracións de artistas, que viviron cadanseu contexto particular, polo que chegan ao presente con ópticas e bagaxes abondo diferentes. "Todas as músicas que non se encadran no tradicional –que xa se dá por feito que é galego– son fundamentais en lingua galega para que se normalice o sector e o país a nivel lingüístico", opina Galego, "outra cousa para min é a identidade". A compositora de Cedeira sinala así unha das chaves para as que a música xa ten demostrado un potencial enorme, encarnado por exemplo na efectividade que tivo o Xabarín Club. Hugo GZ tamén apunta nesta dirección como algo prioritario para SonDaRúa en concertos ou obradoiros que levan a cabo en centros de ensino, sempre co obxectivo de mostrar que se pode facer música e arte en galego, de que se presente como unha lingua atractiva para a mocidade. Entre as múltiples iniciativas que poderiamos constatar neste eido, podemos atender unha das máis recentes da man do alumnado do instituto Neira Vilas de Oleiros, que baixo o colectivo Galeguíza-T elaboraba a lista de reprodución de Spotify Nova antoloxía da música galega contemporánea. Esta escolma reúne grupos na súa maior parte en activo, ligados a estilos que van do trap ao blues, do reggaeton ao indie, procurando ofrecer unha vía de acceso para a cativada á música en galego. Porque a falta de difusión e coñecemento é un dos principais problemas que pode atopar unha música en lingua minorizada nese mundo global no que, alén das novas oportunidades para chegar aos públicos, os centros de poder convencionais, se cadra con outras faces menos recoñecíbeis, aínda determinan en boa medida os fluxos de circulación de bens simbólicos. "Independente-mente de que eu sexa unha persoa monolingüe en galego, a realidade é que hai como mínimo outra lingua, ou máis se consideramos a presenza do inglés na música", argumenta" Estas breves e incompletas pinceladas queren dar conta das complexas dinámicas que ligan a análise da identidade na música, no particular caso da Galiza e da súa realidade lingüística. Mais que respostas concretas, agardamos que estas liñas sirvan para pensar o significado da identidade desde ópticas múltiples e desde a profundidade dun fenómeno no que a construción ten moitos ángulos. É por iso que rematamos con outro interrogante, desta volta non da que asina, senón da propia Guadi Galego: "Eu fágome outra pregunta: temos país e temos identidade se cae a lingua?". Cadaquén pode trazar de seu a(s) resposta(s), que serán, como as identidades, propias e únicas, mais con puntos de interacción no común.
NOS_41416
O informe deste servizo do Consello da Cultura Galega salienta a mellora no sector. Tanxugueiras e o Camiño de Santiago son as accións máis destacadas polas empresas e organismos que participaron.
A crise semella quedar atrás para as industrias culturais galegas. É o que asegurou o Observatorio da Cultura Galega, un servizo do Consello da Cultura Galega (CCG), tras presentar hoxe o último barómetro do sector. Segundo o informe, un 43% das empresas e entidades consultadas aumentaron a súa facturación ou orzamento e as súas previsións para 2022 son, na mesma liña, "moi positivas". Hakan Casares, coordinador do Observatorio, explica que a pesar destes datos, hai que ter en conta que moitas viñan de "anos espantosos". O Consello da Cultura Galega fai balance de 40 anos de políticas culturais Neste sentido, un 51% agarda que medre a súa facturación en 2022, sobre todo nas artes visuais, o teatro ou a danza. En todo caso, un terzo das empresas cren que non se recuperarán até 2023 ou máis adiante. No emprego a situación sería de "estabilidade", cun 70% que non pensa variar os seus postos e un 21% que valora incrementar o persoal. Con todo, un 49% atopa "dificultades" para contratar profesionais. En relación coa igualdade de xénero hai "certo equilibrio nos cadros de persoal" cunha presenza maior nas administracións públicas (62%) e moi menor nas de pequeno tamaño (32,4%). Os ámbitos máis masculinizados son as artes gráficas ou a música e os máis feminizados as bibliotecas, os arquivos e as actividades das administracións públicas. No capitulo das subvencións, un 53% das entidades solicitou axudas o ano pasado e concedéuselle a un 47%. No campo da internacionalización, só un 21,1% realizaron accións para incrementar a difusión no exterior. Un 32% non se dirixe ao público internacional. A Covid-19 e a participación da cidadanía na vida cultural Xacobeo e Tanxugueiras O Xacobeo 2021-2022 tivo un pegada desigual. Sete de cada 10 entidades din que o primeiro ano non tivo ningún impacto nelas e só un 26,8% considera que as accións ligadas ao Xacobeo foron positivas. As máis conformes foron as administracións públicas, museos e patrimonio cultural. Como debilidades sinalan a pandemia, a falta de investimento e a falta de apoio institucional, unidos á falta de visibilidade e formación e á existencia dun mercado pequeno. No outro lado da balanza, o informe fala de fortalezas relacionadas co talento e a calidade, pondo como exemplo o Camiño de Santiago e a candidatura das Tanxugueiras.
NOS_31423
Demostrou a capacidade de loita do pobo galego, a conciencia do espolio e da discriminación do país e o convencemento das súas fortalezas para valerse por si mesmo. Os sucesos vividos nos últimos días de xuño de 1931, que remataron coa proclamación da República galega en diversas cidades e vilas, superan a anécdota histórica para nos informar das potencialidades do país. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 352 do semanario en papel Sermos Galiza.
A suspensión das obras do ferrocarril Madrid-A Coruña nos seus tramos galegos polo Goberno provisional republicano foi o detonante do estoupido social que remataría coa proclamación da República galega. A decisión de paralizar os traballos decretada polo ministro de Fomento Álvaro de Albornoz, atendendo aos recortes orzamentarios ordenados polo máximo responsábel de Facenda, Indalecio Prieto, implicaba deixar sen traballo arredor de quince mil traballadores empregados nos tramos galegos da obra e paralizar unha infraestrutura que acumulaba décadas de retrasos. O camiño de ferro Madrid-A Coruña fora proxectado en 1855, correspondéndolle a autoría do trazado ao destacado político liberal Práxedes Mateo Sagasta. Porén, a súa execución non principiaría até décadas despois, sendo retomado á altura de 1926 no marco do programa de obras públicas impulsado pola ditadura de Primo de Rivera e rematado á volta dos anos cincuenta. O Goberno paraliza as obras As protestas de xuño de 1931 non se explican sen a existencia dunha conciencia de agravio e marxinación na sociedade galega. Alén das reivindicacións inmediatas e concretas de orde laboral, neste conflito será decisivo o malestar polos retrasos nas obras dunha infraestrutura que se consideraba chave para o país e pola decisión do Goberno republicano de priorizar actuacións noutras partes do Estado, como por exemplo en Bilbo, a cidade do dirixente socialista e ministro de Facenda, Indalecio Prieto. A este respecto son ben significativos os editoriais de diversos medios de comunicación galegos, sinalando El Emigrado da Estrada que "a suspensión formulará un problema aterrador para 15.000 obreiros condenados ao paro forzoso e, o que aínda é máis lamentábel, para nós os galegos coincidirá cunha concesión que se lle fixo ao de Bilbo". O mesmo xornal estradense sintetizará o problema afirmando que "o pobo galego non podía nin debía consentir que o humillasen privándoo dunha das súas maiores aspiracións e dándolle trato de desigualdade respecto doutras rexións". O conflito acadou unha dimensión nacional malia que a súa intensidade foi maior naquelas comarcas onde se estaban executando as obras do ferrocarril. Así, outra vez El Emigrado sinalaba, após dar conta da proclamación da República galega en Ourense e Santiago de Compostela o 27 de xuño, que "tamén se tería secundado este último día aquí na Estrada e noutros pobos de Galiza de non recibirse un telegrama de Madrid comunicando a continuidade das obras". Na mesma liña, sabemos da declaración da independencia da Galiza no Carballiño, capitalidade da comarca considerada como auténtica zona cero da protesta, onde, tras a dimisión do alcalde e dos concelleiros da corporación en sinal de protesta, unha manifestación formada por operarios das obras e poboación da vila toma o Concello o 23 de xuño, promulga o Estado galego e planta lume á bandeira española, nuns feitos nos que se significará Ernesto Atanasio, "O Corcheiro", na altura militante da CNT, posteriormente afiliado á Sociedade Nacionalista Pondal e, andado o tempo, militante da AN-PG e do BNG. [Podes ler a peza íntegra no número 352 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_3749
Durante as primeiras 24 horas, o decreto permite as "tarefas imprescindibles" para paralizar a actividade nas empresas que así o requiran e non poidan cesar "de modo inmediato" a súa actividade
Minutos antes da media noite do domingo 29 a este luns, 30 de marzo, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o Real Decreto-Lei que regula o "permiso remunerado" co que o Goberno de España procura reforzar a paralización da actividade económica e empresarial que non sexa esencial ata despois dos festivos da Semana Santa, co obxectivo frear con máis intensidade os contaxios do coronavirus no marco do estado de alarma.Durante as primeiras 24 horas, o decreto permite as "tarefas imprescindibles" para paralizar a actividade nas empresas que así o requiran e non poidan cesar "de modo inmediato" a súa actividadeFinalmente, esta paralización atende parcialmente as peticións que, dende algunhas autonomías como Galicia e tamén dende sectores afectados, pedían que o peche non fose total xa dende este luns. Así, nunha disposición transitoria, o decreto establece que "naqueles casos nos que resulte imposible interromper de modo inmediato a actividade", as persoas traballadoras si poderán traballar durante este 30 de marzo "co único propósito de levar a cabo as tarefas imprescindibles" para esa paralización "sen prexudicar de maneira irremediable ou desproporcionada" o reinicio da actividade empresarial.Alén disto, de regular a "actividade mínima indispensable" -ao xeito dun día festivo- e de especificar as condicións exactas da recuperación deste "permiso retribuído" [o texto íntegro pódese consultar aquí], o Real Decreto-Lei fixa un total de vinte e cinco excepcións. Isto é, os sectores que teñen consideración de esenciais e, daquela, deben seguir tendo activo as persoas traballadoras por conta allea durante este peche reforzado. Son estas, segundo o recollido no BOE, que advirte ademais de que, no marco do estado de alarma, o Ministerio de Sanidade "poderá modificar ou especificar" as "actividades que se ven afectadas" por estas directrices.1. As que realicen as actividades que deban continuar desenvolvéndose ao amparo dos artigos 10.1, 10.4, 14.4, 16, 17 e 18, do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e da normativa aprobada pola Autoridade Competente e as Autoridades Competentes Delegadas.2. As que traballan nas actividades que participan na cadea de abastecemento do mercado e no funcionamento dos servizos dos centros de produción de bens e servizos de primeira necesidade, incluíndo alimentos, bebidas, alimentación animal, produtos hixiénicos, medicamentos, produtos sanitarios ou calquera produto necesario para a protección da saúde, permitindo a distribución dos mesmos desde a orixe ata o destino final.3. As que prestan servizos nas actividades de hostalaría e restauración que prestan servizos de entrega a domicilio.4. As que prestan servizos na cadea de produción e distribución de bens, servizos, tecnoloxía sanitaria, material médico, equipos de protección, equipamento sanitario e hospitalario e calquera outros materiais necesarios para a prestación de servizos sanitarios.5. Aquelas imprescindibles para o mantemento das actividades produtivas da industria manufactureira que ofrecen as subministracións, equipos e materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das actividades esenciais recollidas.6. As que realizan os servizos de transporte, tanto de persoas como de mercadorías, que se continúen desenvolvendo desde a declaración do estado de alarma, así como daquelas que deban asegurar o mantemento dos medios empregados para iso, ao amparo da normativa aprobada pola autoridade competente e as autoridades competentes delegadas desde a declaración do estado de alarma.7. As que prestan servizos en Institucións Penitenciarias, de protección civil, salvamento marítimo, salvamento e prevención e extinción de incendios, seguridade das minas, e de tráfico e seguridade viaria. Así mesmo, as que traballan nas empresas de seguridade privada que prestan servizos de transporte de seguridade, de resposta ante alarmas, de rolda ou vixilancia descontinua, e aqueles que resulte preciso utilizar para o desempeño de servizos de seguridade en garantía dos servizos esenciais e o abastecemento á poboación.8. As indispensables que apoian o mantemento do material e equipos das forzas armadas.9. As dos centros, servizos e establecementos sanitarios, así como ás persoas que (i) atendan maiores, menores, persoas dependentes ou persoas con discapacidade, e as persoas que traballen en empresas, centros de I+D+I e biotecnolóxicos vinculados á COVID-19, (ii) os animalarios a eles asociados, (iii) o mantemento dos servizos mínimos das instalacións a eles asociados e as empresas subministradoras de produtos necesarios para a devandita investigación, e (iv) as persoas que traballan en servizos funerarios e outras actividades conexas.10. As dos centros, servizos e establecementos de atención sanitaria a animais.11. As que prestan servizos en puntos de venda de prensa e en medios de comunicación ou axencias de noticias de titularidade pública e privada, así como na súa impresión ou distribución.12. As de empresas de servizos financeiros, incluídos os bancarios, de seguros e de investimento, para a prestación dos servizos que sexan indispensables, e as actividades propias das infraestruturas de pagos e dos mercados financeiros.13. As de empresas de telecomunicacións e audiovisuais e de servizos informáticos esenciais, así como aquelas redes e instalacións que os soportan e os sectores ou subsectores necesarios para o seu correcto funcionamento, especialmente aqueles que resulten imprescindibles para a adecuada prestación dos servizos públicos, así como o funcionamento do traballo non presencial dos empregados públicos.14. As que prestan servizos relacionados coa protección e atención de vítimas de violencia de xénero.15. As que traballan como avogados, procuradores, graduados sociais, tradutores, intérpretes e psicólogos e que asistan ás actuacións procesuais non suspendidas polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, desta maneira, cumpran cos servizos esenciais fixados consensuadamente polo Ministerio de Xustiza, Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas con competencias na materia e plasmados na Resolución do Secretario de Estado de Xustiza de data 14 de marzo de 2020, e as adaptacións que no seu caso poidan acordarse.16. As que prestan servizos en despachos e asesorías legais, xestorías administrativas e de graduados sociais, e servizos alleos e propios de prevención de riscos laborais, en cuestións urxentes.17. As que prestan servizos en notaríalas e rexistros para o cumprimento dos servizos esenciais fixados pola Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública.18. As que presten servizos de limpeza, mantemento, reparación de avarías urxentes e vixilancia, así como que presten servizos en materia de recollida, xestión e tratamento de residuos perigosos, así como de residuos sólidos urbanos, perigosos e non perigosos, recollida e tratamento de augas residuais, actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos e transporte e retirada de subprodutos ou en calquera das entidades pertencentes ao Sector Público, de conformidade co establecido no artigo 3 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.19. As que traballen nos Centros de Acollida a Refuxiados e nos Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes e ás entidades públicas de xestión privada subvencionadas pola Secretaría de Estado de Migracións e que operan no marco da Protección Internacional e da Atención Humanitaria.20. As que traballan en actividades de abastecemento, depuración, condución, potabilización e saneamento de auga.21. As que sexan indispensables para a provisión de servizos meteorolóxicos de predición e observación e os procesos asociados de mantemento, vixilancia e control de procesos operativos.22. As do operador designado polo Estado para prestar o servizo postal universal, co fin de prestar os servizos de recollida, admisión, transporte, clasificación, distribución e entrega aos exclusivos efectos de garantir o devandito servizo postal universal.23. As que prestan servizos naqueles sectores ou subsectores que participan na importación e subministración de material sanitario, como as empresas de loxística, transporte, almacenaxe, tránsito aduaneiro (transitarios) e, en xeral, todas aquelas que participan nos corredores sanitarios.24. As que traballan na distribución e entrega de produtos adquiridos no comercio por internet, telefónico ou correspondencia.25. Calquera outras que presten servizos que fosen considerados esenciais.
PRAZA_159
As raíces do problema non semellan atoparse única e exclusivamente na proliferación das redes ŷihādistas salafistas senón na situación de integración e interacción social dunha comunidade inmigrante fortemente polarizada polos seus contrastes políticos, ideolóxicos e relixiosos, polas secuelas das carencias de políticas públicas efectivas para a súa integración, da precariedade laboral e situación socioeconómica, e do avance de movementos populistas, xenófobos e de extrema dereita.
Pouco despois dos atentados terroristas que sacudiron a París a semana pasada, a Rede Europea contra o Racismo (ENAR polas súas siglas en inglés), con sede en Bruxelas, advertiu nun comunicado sobre a posibilidade de "estigmatización das comunidades musulmáns en Francia (…) especialmente dado ante o actual clima antimusulmán en Europa". Esta sensación non é nova, mais ben supón unha ampliación, con frecuencia polémica e preocupante, sobre as complexas percepcións existentes dentro da opinión pública occidental sobre o Islam e, particularmente, sobre o islamismo político, as súas causas e a súa heteroxénea expresión. A recente reactivación dunha vaga de atentados intensifica estes problemas de comprensión sobre o islamismo político, as súas orixes, a complexidade da súa natureza e o seu impacto nun mundo musulmán Neste sentido, Europa observa actualmente a polarización de manifestacións e expresións públicas, contextualizadas con reaccionarias medidas gobernamentais, pulsadas dentro da delicada liña que separa as discusións sobre as liberdades, a tolerancia e a integración das comunidades inmigrantes de orixe musulmán. Compre neste apartado observar a intransixencia manifestada na proliferación de movementos fortemente reaccionarios que potencian síntomas de islamofobia e confrontación cultural, como é o caso da recente aparición en Alemaña da formación Patriotas Europeos contra a Islamización de Occidente (PEGIDA en alemán), con redes de simpatías e conexión establecidas noutros países europeos. A recente reactivación dunha vaga de atentados por parte de diversas células pertencentes ao fenómeno comunmente denominado como "terrorismo ŷihādista" intensifica estes problemas de comprensión sobre o islamismo político, as súas orixes, a complexidade da súa natureza e o seu impacto nun mundo musulmán convulsionado por seculares conflitos históricos, enmarcados dentro do sectarismo relixioso e político, pero claramente atizados e mobilizados pola penetración imperialista occidental acaecida nos territorios de Dar al-Islam desde mediados do século XIX. O debate histórico: imperialismo occidental, nacionalismo e panislamismo Dende a perspectiva occidental é comunmente aceptado o argumento sobre as presuntas raíces intrínsecas de radicalización dentro do Islam Unha radiografía sucinta (e polo tanto, moi probablemente incompleta) sobre a fenomenoloxía política existente en torno ao islamismo suxire observar en que medida os factores externos, particularmente a política occidental cara o mundo árabe e musulmán, influíron e determinaron na concreción, lexitimación e expansión da ideoloxía política islamita, abranguendo mesmo a perspectiva violenta e radical procreada polos movementos ŷihādistas, así como a utilización do terrorismo como móbil político e de difusión da súa mensaxe. Con todo, dende a perspectiva occidental é comunmente aceptado o argumento sobre as presuntas raíces intrínsecas de radicalización dentro do Islam, así como a súa configuración nunha diversidade de movementos cualificados dentro do espectro do islamismo político. Nesta perspectiva, o islamismo político xa viría configurado na xénese do wahhabismo a finais do século XVIII na península arábiga. Con todo, e a pesar de ser relixión oficial no reino saudita, a irradiación do wahhabismo segue a ser minoritaria dentro do ámbito musulmán, a pesar de haber traspasado as fronteiras territoriais da península arábiga, particularmente de cara ao sub-continente indio. Ao contrario do wahhabismo, a influencia de al-Afghani resultou moito mais decisiva na conformación das futuras elites intelectuais, culturais e políticas que progresivamente foron ascendendo dentro do mundo musulmán Observando a precariedade da irradiación exterior do wahhabismo, esta perspectiva foi absolutamente diferente das ideas emanadas do activista político persa Sayyid Jamāl al-Dīn al-Afghānī (1838-1897), considerado probablemente como o precursor das ideas do nacionalismo islámico e do panislamismo. Ambos conceptos foron precisamente concibidos a partir da presión e penetración occidental dentro do mundo islámico, particularmente de cara ao Imperio otomán e o seu espazo contiguo, en gran medida identificada pola invasión napoleónica de Exipto (1798), da expansión das ideas revolucionarias e da modernidade europea e, principalmente, no pulso establecido polo denominado "Gran Xogo" xeopolítico que desde mediados do século XIX confrontaron a Gran Bretaña e Rusia polo control de espazos de poder dentro do mundo islámico, principalmente en Asia Central, Persia e a India. Ao contrario do wahhabismo, a influencia de al-Afghani resultou moito mais decisiva na conformación das futuras elites intelectuais, culturais e políticas que progresivamente foron ascendendo dentro do mundo musulmán desde finais do século XIX, principalmente en Turquía e Exipto. A pesar do seu fervor relixioso, al-Afghani entendeu a necesidade de compatibilizar as ideas de modernización occidental cos preceptos relixiosos islámico, sen pretender instaurar unha concepción de carácter teolóxico. Neste sentido, as ideas de al-Afghani defendían a necesidade dun reformismo relixioso, cultural e político dentro do mundo islámico, incluso adoptando referencias laicas na definición das ideas dun nacionalismo islámico e do panislamismo claramente establecidos como mecanismos de defensa contra a presión e progresiva penetración imperialista occidental. Neste sentido, A pesar do seu fervor relixioso, al-Afghani entendeu a necesidade de compatibilizar as ideas de modernización occidental cos preceptos relixiosos islámico (…) Al-Afghani estaba convencido de que, al menos que los musulmanes tomaran medidas enérgicas, la comunidad musulmana (umma) pronto dejaría de existir. No había tiempo que perder. Los imperialistas europeos eran cada día más poderosos y en un breve tiempo el mundo islámico sería invadido por la cultura occidental Con intensidade dispar, estas ideas exerceron influencia en círculos políticos e intelectuais dentro do Imperio otomán, Persia, a India e o Exipto convertido en protectorado británico a partir de 1882, contribuíndo á xénese de procesos de afirmación nacionalista política e relixiosa como foron, entre outros, o nacionalismo turco, principalmente co movemento dos Mozos Turcos que tomou o poder na fase final do Imperio otomán (1908-1918), así como na xénese da actual República turca instaurada a partir de 1923 con Mustafá Kemal Atatürk; e a creación, a partir de 1928, da Irmandade Musulmán como referencia histórica do islamismo político. Contemporáneo á expresión do ideario panislamista de al-Afghani, compre mencionar o impacto que tiveron en diversos sectores do mundo islámico, as ideas reformistas e de adaptación ao Islam da racionalidade e da modernidade occidental establecidas polo escritor exipcio Rifah al-Tahtawi (1801-1873). Se ben manifestou determinadas críticas cara este proceso, al-Tahtawi era un decidido admirador da modernidade occidental como portadora do "progreso", un exemplo presuntamente a seguir para unhas sociedades musulmáns das que el mesmo cuestionaba polo seu "anquilosamento" e inalterable tendencia á tradición. Deste xeito, al-Tahtawi pretendeu erixir un sistema visionario de reformismo relixioso e político, orientado eventualmente a compatibilizar a racionalidade occidental coa islámica, sen decatarse da paralela sensación da angustia, percibida por al-Afghani e os seus simpatizantes en canto á eventual "invasión cultural occidental" e a súa respectiva hostilidade. Por tanto, a contemporaneidade e progresiva polarización das ideas e pretensións establecidas por ideólogos como al-Afghani e al-Tahtawi confirman un ámbito de reforma que comezaba a operarse nun mundo islámico cada vez mais suxeito aos preceptos e designios da expansión imperialista occidental, neste caso europea. Estes obxectivos cobraron forma coa paulatina desmembración política e territorial do Imperio otomán establecido a partir do reparto colonial entre Francia e Gran Bretaña (Siria, Iraq, Xordania, Palestina, Líbano) definido nos acordos Sykes-Picot (1916), sumado á dominación colonial británica na India e a súa progresiva influencia (con variables de submisión política) nos asuntos de Exipto, Persia (reconvertida en Irán a partir de 1922) e da península arábiga (principalmente trala constitución do reino saudita a partir de 1932). O mundo islámico comezou a experimentar unha dinámica sumamente heteroxénea en canto á composición política e relixiosa dos seus respectivos movementos de liberación nacional e de afirmación nacional e estatal Nun contexto de cambios e de penetración exterior, estes acontecementos exerceron unha influencia claramente decisiva na articulación de expresións de afirmación de identidades dentro do mundo musulmán, en particular nos casos da conformación do nacionalismo árabe (principalmente a partir da rebelión árabe de 1916 contra o dominio otomán) e posteriormente do islamismo político (especialmente trala creación da Irmandade Musulmán a partir de 1928) con todas as súas heteroxéneas variables. Estes factores cobraron forma principalmente trala descolonización europea a partir de 1945 e a posterior constitución do Estado de Israel en 1948. Dende entón, o mundo islámico comezou a experimentar unha dinámica sumamente heteroxénea en canto á composición política e relixiosa dos seus respectivos movementos de liberación nacional e de afirmación nacional e estatal, contextualizada polos acontecementos políticos derivados do proceso de descolonización europea, da conformación dos seus respectivos Estados nacionais, da deposición en algúns casos do Ancien Régime de carácter monárquico (Exipto en 1952, Irán en 1979), e dos conflitos sectarios (relixiosos, étnicos, tribais) existentes dentro dos países e comunidades islámicas. Estes factores foron igualmente determinados pola profusión dos intereses occidentais enmarcados no contexto xeopolítico da "guerra fría", da confrontación bipolar entre EUA e a URSS e progresivamente dos intereses enerxéticos. Cunha descolonización política en marcha, o mundo islámico e, especificamente Oriente Próximo, afrontou este proceso de afirmación da súa identidade así como de reacción ante a constante penetración occidental, a través políticas autóctonas, como os intentos de nacionalización do petróleo no Irán da dinastía Pahlevi, establecidos polo primeiro ministro Mossadegh (posteriormente deposto por presión occidental en 1953); a recuperación do control da Canle de Suez a través da guerra de 1956, como expresión de reivindicación por parte do nacionalismo árabe de carácter nasserista; e da ilexitimidade e constante confrontación contra o Estado de Israel, observado no imaxinario popular árabe e musulmán como unha especie de "reprodución" do imperialismo occidental, tomando en conta o apoio de EUA e Europa ao nacente Estado israelí. O islamismo político e Occidente O espertar político do mundo islámico, motorizado trala descolonización franco-británica da posguerra, intensificou un clima de polarización e confrontación interna O espertar político do mundo islámico, motorizado trala descolonización franco-británica da posguerra, intensificou un clima de polarización e confrontación interna que, paralelamente, espallou os conflitos e contrastes de carácter político, relixioso e sectario existentes dentro do propio mundo musulmán, particularmente en canto aos modelos políticos a seguir. Neste contexto, o reforzamento da penetración occidental, principalmente impulsada por EUA, expresouse a través do seu apoio a Israel e á conformación dunha rede de alianzas dentro do mundo islámico a través de diversas autocracias políticas, sexan de carácter republicano (Exipto, Tunisia, Paquistán) e monárquico-teocrático (Arabia Saudita, Marrocos, Xordania, emiratos do Golfo Pérsico). A polarización existente de cara aos modelos autóctonos de nacionalismo e socialismo panárabe así como do islamismo político, radicalizaron o ambiente político do mundo árabe e musulmán, contexto igualmente determinado pola política occidental establecida tanto durante a "guerra fría" (1947-1991) como durante a etapa da "posguerra fría", especialmente trala invasión iraquí de Kuwait (1990) e a posterior ofensiva da coalición internacional conformada por Washington durante a denominada primeira guerra do Golfo Pérsico (1991) contra o réxime de Saddam Hussein. Os movementos islamitas e panislamitas comezaron a cobrar forza como expresións de "liberación" contra o predominio das elites gobernantes e das súas alianzas con Occidente En diversas etapas, esta polarización de modelos alterou os heteroxéneos e frecuentemente hostís canais de relación entre o mundo islámico e as potencias occidentais, neste último caso particularmente dirixidas pola potenciación de Washington e das súas alianzas "atlantistas" con Europa (OTAN, OSCE, Unión Europea), así como a través doutros sistemas de alianzas xeopolíticas, presentes pero constantemente alteradas polos conflitos existentes dentro do mundo musulmán. Con diversas variantes, o mundo musulmán "post-descolonización" presentou unha heteroxénea polarización de modelos políticos (republicanos, monárquicos, teocráticos) nos que os movementos islamitas e panislamitas comezaron a cobrar forza como expresións de "liberación" contra o predominio das elites gobernantes e das súas alianzas con Occidente. Nesta perspectiva, o influxo do islamismo político establecido polo modelo da Irmandade Musulmá atopou eco a través de diversos movementos afíns no Magreb (Exipto, Tunisia, Alxeria, Marrocos) e Oriente Medio, principalmente en Siria, Palestina, Líbano, Turquía, Xordania e Península Arábiga. Este modelo islamita, comunmente identificado como "moderado" aínda que igualmente albergaba sectores mais radicais influídos polas ideas do teórico Sayyid Qotb, permitiu configurarse como unha alternativa política así como de asistencia social (a través das súas confrarías relixiosas), principalmente orientada cara as clases populares así como de novas clases medias que ansiaban alcanzar cotas de reforma, participación política e ascenso social dentro de réximes autocráticos e ditatoriais principalmente aliados de Occidente. Identifícanse así a réximes autocráticos como o Exipto de Hosni Mubarak, a Tunisia de Ben Alí, Paquistán, Arabia Saudita e as monarquías do Golfo Pérsico (Emiratos Árabes Unidos, Catar, Bahrein) así como Turquía, un socio da OTAN cuxa estrita posición pro-occidental foise paulatinamente esvaecendo coa chegada ao poder en 2003 do actual goberno islamita de Recep Tayyip Erdogan e do Partido da Xustiza e do Desenvolvemento (AKP polas súas siglas en turco), considerado unha expresión do islamismo político da Irmandade Musulmá exipcia. A represión, marxinalización e constante ilegalización destes partidos islamitas agostaron calquera pretensión de democratización e de ampliación dos dereitos políticos e das liberdades Durante décadas, en un contexto de "guerra fría" e de contención cara calquera manifestación opositora, especialmente islamita e con maior dimensión tralo triunfo da revolución iraniana (1979), a represión, marxinalización e constante ilegalización destes partidos islamitas agostaron calquera pretensión de democratización e de ampliación dos dereitos políticos e das liberdades en réximes políticos posteriormente sacudidos pola denominada Primavera árabe desde 2011, sendo os casos mais emblemáticos os de Exipto e Tunisia, onde a Irmandade Musulmá e outros partidos islamita chegaron ao poder a través de eleccións democráticas. O islamismo político converteuse no actor mais beneficiado dunha incerta e polarizada Primavera árabe, exercendo presión para dar curso a reformas políticas democráticas en países con réximes de marcado carácter autocrático Neste sentido, o islamismo político converteuse no actor mais beneficiado dunha incerta e polarizada Primavera árabe, exercendo presión para dar curso a reformas políticas democráticas en países con réximes de marcado carácter autocrático (Marrocos, Alxeria, Xordania). O avance do islamismo político "moderado" inserido no sistema político de diversos países árabes foi unha consecuencia colateral dunha Primavera árabe que alterou a tradicional política occidental de "dobre raseiro" co respecto ao Oriente Medio e o mundo islámico. O contexto actual "post-Primavera árabe" define unha parálise dos cambios políticos, en gran medida motivados polas ambigüidades de intereses e de decisións co respecto a determinados conflitos así como da reactivación das forzas reaccionarias Con todo, o contexto actual "post-Primavera árabe" define unha parálise dos cambios políticos, en gran medida motivados polas ambigüidades de intereses e de decisións co respecto a determinados conflitos (guerra civil siria, caos en Libia trala caída do réxime de Gadafi), así como da reactivación das forzas reaccionarias, atizadas polas elites do establishment e as súas conexións con Occidente, con especial incidencia na represión en Bahrein (2011), no reforzamento da cooperación militar coas monarquías do Golfo Pérsico e, principalmente, co golpe militar en Exipto (xullo de 2013) contra o goberno da Irmandade Musulmá, que deu paso ao contexto actual de retorno da persecución e represión contra os movementos islamitas e outros de carácter opositor. O "ŷihādismo salafista" O panorama do islamismo político dentro do mundo musulmán ampliou o seu radio de configuración e de actuación de diversas manifestacións de movementos integristas No ámbito do islamismo político, a súa heteroxénea configuración veuse constantemente polarizada e redimensionada pola súbita aparición doutras alternativas, algunhas delas de carácter máis radical, á hora de aplicar a vixencia e preeminencia da lei islámica, a Šaři'a, así como de manifestar a súa rebelión e resistencia cara a "occidentalización" e o predominio do establishment existente no mundo islámico, acusadas de "afastarse" do "camiño correcto" trazado polo Corán e a relixión. Moitos deles adscritos ao credo radical de Qotb, estas alternativas tiveron especial repercusión a través do modelo impulsado pola revolución islámica en Irán desde 1979 (con especial incidencia dentro da comunidade xiíta) así como da diversidade de movementos mujahiddín que loitaron contra a invasión soviética en Afganistán (1979-1989), entre cuxo xerme proliferou a rama integrista ŷihādista salafista. Así, o panorama do islamismo político dentro do mundo musulmán ampliou o seu radio de configuración e de actuación de diversas manifestacións de movementos integristas (Hamás, Hizbulá, Yihad Islámica, Brigadas Mártires de Al Aqsa, Abu Sayyaf, Jemaah Islamiya, redes de Al Qaeda en Iraq, Magreb e península arábiga), con cada vez maior arraigo popular en diversos escenarios (Siria, Xordania, Palestina, Líbano, Indonesia, península arábiga, Filipinas) O seu fortalecemento e expansión en diversos contextos foi un efecto directo da política occidental cara o mundo islámico, en particular tralos conflitos acaecidos tralo 11/S Se ben é pertinente considerar a preeminencia das raíces intrínsecas do ŷihādismo salafista como motor ideolóxico e alternativa política integrista para os países islámicos, o seu fortalecemento e expansión en diversos contextos foi un efecto directo da política occidental cara o mundo islámico, en particular tralos conflitos acaecidos tralo 11/S en Afganistán (2001), Iraq (desde 2003), Siria, Iemen e Libia (desde 2011), entre outros. Tanto como o efecto emocional e simbólico que confire o tema palestino dentro do mundo islámico, non se debe menoscabar o exemplo de Alxeria tralo ascenso político e electoral de movementos integristas como a Fronte Islámica de Salvación (FIS), que tras gañar as eleccións lexislativas de 1992 foi descoñecido o seu triunfo electoral por parte do establishment e as Forzas Armadas alxerinas a través dun golpe militar que contou coa complicidade occidental (principalmente francesa) e que deu paso a unha década de cruenta guerra civil (1992-2002) e á aparición de movementos terroristas como o Grupo Islámico Armado (GIA). Coa xénese na guerra de Afganistán contra a invasión soviética, resulta palpable observar o efecto colateral producido polo apoio financeiro e loxístico de aliados occidentais como Arabia Saudita e Paquistán cara estes grupos integristas do ŷihādismo salafista, os cales progresivamente foron conformado outras redes terroristas como Al Qaeda e o actual Estado Islámico (ISIS polas súas siglas en inglés), unha escisión do inicial grupo de Al Qaeda en Iraq. Baixo o amparo territorial que lle confería o réxime Talibán en Afganistán, a aparición operativa da rede Al Qaeda a partir de 1988 e a súa proclamación dunha ŷihād contra Occidente ilustrou a perspectiva de conformación dunha rede terrorista global con enorme capacidade de actuación, tal e como se observou cos atentados terroristas en Tanzania e Quenia (1998) e do buque USS Cole nunha base estadounidense en Iemen (2000), preludio do posterior 11/S de 2001. A súa recente e acelerada expansión global debeuse notablemente á errática e intromisiva política occidental, e particularmente estadounidense, de cara ao mundo musulmán Neste perspectiva, e se ben as raíces do ŷihādismo salafista, da hostilidade antioccidental e do integrismo relixioso como móbil político xa existían en diversos movementos e actores islámicos (aínda que compre mencionar que de carácter minoritario), a súa recente e acelerada expansión global debeuse notablemente á errática e intromisiva política occidental, e particularmente estadounidense, de cara ao mundo musulmán. O radio de actuación punitiva de Washington e dos seus aliados occidentais e incluso dentro do mundo árabe, focalizouse en erradicar as fontes do ŷihādismo salafista no corazón de Asia Central (Afganistán) e Oriente Próximo (Iraq), sen decatarse (ou ben obviando intencionadamente) que as mesmas estarían mais ben establecidas en países aliados dentro da súa visión xeopolítica, como son os casos de Paquistán, Arabia Saudita e mesmo Exipto, os cales gozan do apoio financeiro, militar e loxístico de Washington. Con isto, a "guerra contra o terrorismo" impulsada polo ex presidente George W. Bush e os seus aliados árabes e occidentais desde 2011, así como as violacións á legalidade internacional e o sistema de defensa dos dereitos humanos trazadas polas políticas de Washington (Iraq, Guantánamo, Abu Graib, voos ilegais da CIA) exerceron igualmente unha influencia decisiva na radicalización e expansión dunha heteroxénea rede de movementos integristas e terroristas, cuxa potenciación antes e principalmente despois do 11/S deron paso á configuración dalgúns dos peores atentados terroristas da historia, entre os que destacan os do buque USS Cole en Iemen (2000), Riad e Bali (2002), Mumbai, Istambul e Casablanca (2003), Madrid (2004) e Londres (2005), entre outros. Europa e a islamofobia A discusión sobre a integración da comunidade musulmá en Europa segue a ser un tema pendente para as políticas públicas e as interrelacións societarias En Europa habitan pouco mais de 20 millóns de musulmáns. A porcentaxe de poboación musulmá nun país como Francia supera o 7,5% da súa poboación total. En perspectiva global, son mais de tres xeracións de musulmáns que habitan en Europa, principalmente en países como Alemaña, España, Francia, Austria, Suecia, Suíza, Gran Bretaña, Italia, Holanda ou Bélxica, contribuíndo non só ao seu desenvolvemento económico e industrial senón a configurar un mosaico étnico, social, cultural e relixioso enmarcado nun contexto sumamente heteroxéneo e diverso. Con todo, a discusión sobre a integración da comunidade musulmá en Europa segue a ser un tema pendente para as políticas públicas e as interrelacións societarias, tanto como un preocupante asunto de carácter político e social, que aumenta a súa intensidade no actual contexto de crise socioeconómica, de proliferación de células ŷihādistas, particularmente no aspecto de captación de militantes, e de expresións reaccionarias de carácter xenófobo e extremista. Dentro do novo perfil terrorista ŷihādista, os medios de comunicación constantemente argumentan o feito de que os seus militantes son cidadáns europeos, principalmente provenientes de clases medias e populares afectadas pola crise económica, e seducidos pola proliferación da fanática ideoloxía salafista a través dunha efectiva rede de transmisión O seu móbil operativo identificaría unha presunta "individualización" do seu accionar, unha especie de "lobo solitario" que retrotrae simbolicamente a experiencia do terrorismo anarquista que viviu Europa a finais do século XIX. As raíces do problema non semellan atoparse única e exclusivamente na proliferación das redes ŷihādistas salafistas senón na situación de integración e interacción social dunha comunidade inmigrante fortemente polarizada Con todo, e se ben as sociedades europeas e a comunidade inmigrante musulmá están esforzándose por atopar puntos de encontro a través das recentes e multitudinarias manifestacións, así como da aparición de manifestos por parte de diversas personalidades públicas europeas, a favor da tolerancia, da defensa da liberdade relixiosa e da comunidade musulmá que se presentaron en Francia e Europa desde a aparición da PEGIDA e tralos recentes atentados de París, o problema da islamofobia segue a ser recorrente, obstaculizando calquera política efectiva de integración. Neste sentido, as raíces do problema non semellan atoparse única e exclusivamente na proliferación das redes ŷihādistas salafistas senón na situación de integración e interacción social dunha comunidade inmigrante fortemente polarizada polos seus contrastes políticos, ideolóxicos e relixiosos, polas secuelas das carencias de políticas públicas efectivas para a súa integración, da precariedade laboral e situación socioeconómica, e do avance de movementos populistas, xenófobos e de extrema dereita.
NOS_36490
Unha empresa de recursos humanos fixo un estudo no que chega a estas estimacións, que están afectadas polas festa do Nadal e o temor a unha terceira onda do coronavirus
A situación actual de inestabilidade, os gastos de Nadal e o medo a unha terceira onda da pandemia afectará á contratación de persoal para atender á clientela na campaña das rebaixas que moitas persoas aínda agardan até esta semana, se ben as épocas de descontos están liberalizadas desde hai anos. O balance negativo non ten que ver co volume de ventas, ou polo menos de momento non é así, senón que xa adianta a posíbel contracción do consumo contando con menos empregadas e empregados nos comercios galegos. Un estudo feito pola empresa de recursos humanos Adecco calcula que se farán 9.000 contratos para estas próximas semanas. Malia que pode parecer unha cifra elevada, o certo é que coas estatísticas na man, o informe revela que isto implica unha caída de entre un 5 e un 10% en relación á mesma época do ano pasado, cando aínda non chegara a Covid-19 a todo o mundo. A porcentaxe dependerá do sector concreto no que estean inseridos os negocios. A responsábel do documento di que tanto o coronavirus como as festas de Nadal van influír de forma "negativa debido á inestabilidade e incerteza da economía". Malia todo, Galiza é o sétimo territorio do Estado español no que se crearán máis postos de traballo polas rebaixas. A maior parte das incorporacións decorrerán nas cidades e vilas atlánticas do país.
NOS_3710
As vítimas e a veciñanza de Angrois protagonizaron a homenaxe que se desenvolveu hoxe cuarta feira no Parque de Bonaval. Como representante das familias, a viúva dunha das vítimas reclamou coñecer a verdade, mais "sen vinganza".
No espazo que queda no meio do antigo cemiterio de Bonaval, a veciñanza de Angrois e representantes políticos constituíron a maior parte do público desa parte recollida do parque, rodeada por antigas sepulturas agora tapiadas. Dúcias de persoas seguían desde a parte superior do parque unha homenaxe centrada nas vítimas e as súas familias e a veciñanza de Angrois, que estiveron tamén nas intervencións da psicóloga Ana Isabel Martínez -a única das persoas que tomou a palabra que se expresou en galego, de quitados os presentadores do acto- e a representante das familiares. A música de Uxía, Budiño e a Real Filarmonía puña o limiar a un acto cívico que contou con menos presenza institucional do que a misa da catedral -nin Rajoy nin a Casa Real asistiron- mais si con ampla presenza do BNG e AGE, que non acudiran á celebración eclesiástica. Música e tres intervencións breves despois da enumeración un a un dos nomes das vítimas mortais, unha lectura que se demorou máis do que ninguén quixera. A viuva dun dos falecidos mostrou a súa dor e a necesidade de coñecer a verdade do acontecido. Pediu tamén que se investigue se había posibilidade de evitalo. A psicóloga Ana Isabel Martínez, que coordinou o dispositivo de atención psicolóxica ás vítimas do sinistro, dirixiuse á veciñanza de Angrois dicíndolle que "con eles soubemos que os herois existían". Foron despois dous veciños da aldea, entre eles o presidente da asociación Xosé Anxo Puga, os que se dirixiron aos familiares das vítimas para darlles o ánimo que tanto tentaron repartir naquela dura noite. Poemas de Uxío Novoneyra e Rosalía de Castro e a interpretación do himno galego con Budiño e a Real Filarmonía puxeron fin ao acto.
NOS_97
Unha empresa española presentou un proxecto para realizar propeccións e probas industriais de interese mineiro nunha superficie de perto de 1.700 hectáreas nos concellos de Cartelle, Ramirás, Arnoia e Castrelo do Miño, en Ourense. Os traballos afectarían zonas naturais protexidas e terían efectos sobre veciñanza e medio ambiente.
Galiza semella estar a converterse en toda unha mina -e non é unha metáfora- para empresas interesadas en explotar os xacementos mineiros. Un novo exemplo diso é o proxecto dunha empresa española (a salmantina Minas y Geología S.L, que para a ocasión se vista de Wolfran Aurense), que presentou á Xunta un proxecto mineiro para fase de investigación a desenvolver na provincia de Ourense. Este proxecto abranguería realizar prospeccións e probas industriais nunha superficie de 1.680 hectáreas, afectando a catro concellos: Castrelo do Miño, Ramirás, Arnoia e Cartelle; das comarcas do Ribeiro e Terra de Celanova. Nesa superficie entrarían mesmo zonas protexidas ambientalmente. O obxectivo da empresa é procurar xacementos mineiros de elementos coma o estaño, o wolfrang ou o litio, entre outros; nunha comarca cun importante pasado mineiro. Mais son zonas que actualmente viven en gran medida da riqueza que dan sectores como o vinícola, o agrario ou o forestal. Rexeitamento Mais desde concellos como o de Castrelo do Miño e Arnoia xa se anunciou que ían presentar alegacións a este proxecto da empresa española. Unha vía que tamén toman desde colectivos veciñais desas comarcas até plataformas de defensa ambiental. O motivo? Que os traballos previstos pola empresa afectan a áreas catalogadas como Zonas de Especial Interse Agrario, a xacimentos arqulóxicos, a espazos naturais como o das Ribeiras do Miño, ou o impacto directo sobre máis de 300 vivendas. Para alén de que esas prospeccións tamén afectan a vetas de auga natural, abastecementos de augas, corredoiras tradicionais aínda en uso...
NOS_43833
A Plataforma veciñal Mina Touro - O Pino NON vén de presentar ante a Xunta escritos de alegacións para poñer de manifesto as deficiencias que, a ollos do colectivo, invalidan o contido do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental presentados pola empresa Cobre San Rafael, promotora do proxecto de extracción de cobre a ceo aberto.
As alegacións, informa a entidade, fanse con motivo dun novo período de subsanación da documentación que a Administración lle outorga á empresa, que obriga así a abrir un novo período de información pública. "Atopámonos, unha vez máis, ante un episodio de complacencia da Xunta coa empresa, ao concederlle cada vez máis oportunidades para emendar un proxecto que non ten nin pés nin cabeza, e que a mineira non ten intención de mudar en ningún dos seus aspectos máis relevantes, pois toda a nova documentación que achega ao expediente non é máis que unha reiteración do anterior, e aínda por riba sempre fóra de prazo", advirte a organización. Segundo critica a plataforma veciñal, a empresa "en ningún momento propón unha ubicación nin metodoloxía diferente para as balsas e escombreiras, nin sepultar mananciais baixo as mesmas, nin incluír a balsa de Angumil, da antiga explotación, no novo plan de restauración, entre moitas outras eivas que a Cobre San Rafael non lle interesa solventar". "Iso suporía un menor lucro para o seu negocio", considera, para advertir de que a sociedade e, en concreto, a veciñanza de Touro e O Pino "será quen sufra as consecuencias devastadoras dun extractivismo depredador da terra e da saúde". A Plataforma denuncia que, malia as "continuas multas de Augas de Galicia, que demostran a falta de restauración da explotación abandonada hai máis de 30 ano"s, os episodios de verteduras "presuntamente contaminantes" seguen a producirse no entorno da antiga mina, e lembra que, precisamente, este é o motivo polo que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo acordou deixar abertas as tres peticións sobre a mina, para seguir investigando ante a posíbel vulneración de diversas directivas europeas, como as relativas a augas ou tratamento de residuos mineiros. .
NOS_24121
A taxa de positividade marcou un dos mínimos desde o verán nunha xornada con máis de 9.000 probas PCR practicadas.
Os datos da pandemia na Galiza este sábado mantéñense nos valores rexistrados na última semana, con lixeiros descensos tanto no número de novos contaxios detectados (191), como no total de persoas hospitalizadas (210, catro menos) e no global de casos activos (3.099, 14 menos); aínda que a nota negativa é que hai un paciente máis que na xornada anterior na UCI (50) e o número de vítimas mortais alcanza as 2.390. Así se desprende da actualización dos parámetros da crise sanitaria publicados na páxina web do Sergas na mañá deste sábado con datos solicitados até as 18 horas da sexta feira, momento no que o total de hospitalizados con Covid-19 ascendía a 210 (-4), repartidos entre as UCI -50, máis un- e as unidades convencionais -160, menos cinco--. Por áreas sanitaraias, A Coruña-Cee continúa como o distrito con máis hospitalizados con 67 (-2) e soben a 13 os ingresados en UCI (+1) mentres baixan a 54 os que de unidades convencionais (-3). Séguelle Vigo, con 41 (-1), repartidos en 12 en UCI (+1) e 29 noutras unidades (sen cambios). Tras os distritos das dúas grandes cidades está Ourense, cun total de 26 (-3), dos cales 10 atópanse en UCI (-1) e 16 noutras unidades (-2); seguida por Pontevedra-O Salnés cun total de 25 (+2) -20 en planta (+1) e cinco en críticos (+1)- e Santiago-O Barbanza, que suma 23 ingresados, 4 en críticos e 19 en planta. Por último, as áreas con menos ingresados continúan sendo a de Lugo, que mantén a 19 pacientes con covid hospitalizados -15 en planta e catro en UCI, sen cambios en ambos- e Ferrol, onde baixan a nove, dous deles en críticos e os sete restantes noutras unidades. Menos casos activos En canto aos casos activos, Galiza mantén a baixada do número total experimentada na sexta feira tras varias xornadas de ascenso paulatino. Así, este sábado son 14 menos os casos activos na comunidade, que se sitúan en 3.099. Por áreas sanitarias, experimentan lixeiros repuntes as de Vigo (+6), Ferrol (+5), Lugo (+3) e Pontevedra (+3), mentres baixan en Santiago (-4), Ourense (-4) e, de forma máis pronunciada, na Coruña (-23). A de Vigo mantense á cabeza con 939; seguida da área da Coruña e Cee, con 721; Pontevedra e O Salnés, con 477; Santiago e O Barbanza, con 355; Ourense, con 267; Lugo, con 239; e á cola continúa Ferrol, con 102. Menos de 200 contaxios Pola súa banda, os novos contaxios detectados con calquera tipo de proba situáronse por baixo dos 200 tras dous días por enriba dese valor. Dos 191 contaxios diagnosticados, 172 foron por positivo en PCR nunha xornada na que se realizaron 9.047 tests deste tipo (500 máis que o día anterior e 2.057.366 no que vai de pandemia). A área que máis novos contaxios achegou nas últimas horas foi da Vigo con 41 novos casos, seguida pola Coruña con 33, Pontevedra con 30, Santiago con 23 e Ourense con 19. En Lugo foron 18 os novos casos detectados e en Ferrol, 11. Todo iso nunha xornada cunha das taxas de positividade en probas PCR máis baixas desde finais do mes de xullo. O 1,1% (dato provisional) de positivos nos máis de 9.000 tests PCR practicados mantén Galiza moi por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia, un baremo que a Comunidade galega non supera desde medidados de febreiro. Así, os contaxiados no conxunto da Galiza desde o inicio da crise sanitaria ascenden a 122.340, dos cales 29.577 corresponden á área da Coruña e Cee; 23.694, á de Vigo; 19.196, á de Santiago e O Barbanza; 15.347, á de Ourense; 13.620, á de Pontevedra e O Salnés; 12.469, á de Lugo; e 8.437 á de Ferrol. Falecidos e curados Desde o inicio da pandemia faleceron 2.390 persoas diagnosticadas de Covid-19 na Galiza despois de notificar a Consellaría de Sanidade este venres dous novos óbitos. En concreto, as mortes corresponden a muller de 76 anos que se atopaba hospitalizada no CHUAC da Coruña e a un home de 93 anos ingresado no Álvaro Cunqueiro, en Vigo. Pola súa banda, 116.874 pacientes curáronse da Covid-19 no conxunto da Galiza desde o inicio da pandemia, que representan 203 persoas máis que as rexistradas ata a xornada anterior.
PRAZA_10236
O PSdeG incrementará a súa representación nos plenos provincias da Coruña e mais de Pontevedra, onde rozan a maioría absoluta. Tras un axustado reconto na Fonsagrada os socialistas tamén poden volver optar á presidencia da de Lugo, onde apostan polo acordo co BNG
Entre as eivas do sistema co que o Ministerio do Interior fai públicos os datos do reconto provisional das eleccións municipais destaca a imposibilidade de consultar o resultado correspondente ás deputacións provinciais, institucións que malia manexar importantes volumes de fondos públicos non son elixidas directamente pola cidadanía, senón a partir dos votos que reciben os partidos por concellos en cada partido xudicial. A posibilidade de que o PP perda a maioría absoluta no seu feudo de Ourense deixou nun segundo plano neste 26M en Galicia outro feito que ata hai poucos anos era absolutamente extraordinario: o PP continuará fóra do poder nas outras tres: A Coruña, Lugo e Pontevedra.O 26M tornou en infrutuosa a misión encomendada por Feijóo a Rueda na Deputación de PontevedraNestas tres institucións o PSdeG está en condicións de revalidar a presidencia. Onde o poderá facer dun xeito máis doado é no que noutrora era outro gran fortín provincial do PP, Pontevedra, onde Alberto Núñez Feijóo enviou o seu vicepresidente, Alfonso Rueda, para poñerse á fronte do partido co obxectivo de tentar recuperar a cadeira que Rafael Louzán perdeu en 2015. Ben ao contrario, a esmagadora maioría de Abel Caballero en Vigo impulsa de xeito crucial os socialistas para tornar en primeira forza da corporación de Pontevedra, pasando de 10 a 13 escanos, segundo os cálculos manexados polo partido á espera do reconto definitivo e oficial. Lonxe de medrar, os populares perderían un deputado e quedarían en 11 e o BNG tamén restaría outro, ficando en 4 nunha corporación da que desaparece Marea de Vigo, ata agora cun representante. Deste xeito, Carmela Silva tería encarreirada a reelección e o PSdeG mesmo estaría en condicións de valorar a pertinencia de repetir ou non a coalición co Bloque.Un PSdeG á alza na CoruñaOs socialistas calculan un ascenso de 3 deputados na Coruña e ven con bos ollos volver gobernar co BNGOnde os votos do Bloque e do resto da esquerda si lle cumprirán ao PSdeG para revalidar a Deputación é na Coruña, onde os socialistas medran grazas aos seus bos resultados en cidades como A Coruña e Santiago, pero seguirán precisando apoios. Fontes da dirección provincial consultadas por Praza.gal confirman que calculan un ascenso de 8 a 11 deputados que os manterían como segunda forza por tras do PP, que gañaría un, ata 14. O BNG, pola súa banda, perdería un representante e ficaría en 4, mentres que Marea Atlántica tería un asento -tiña 3-, Alternativa dos Veciños mantería o que xa logrou en 2015 e Compostela Aberta perdería o seu. Todo apunta a que Valentín González Formoso recuncará nunha presidencia que no anterior mandato desempeñou en coalición co BNG, fórmula que é vista con bos ollos nas filas socialistas e que ficaría ás portas da maioría absoluta. A vicepresidencia foi ostentada neste período por Goretti Sanmartín, líder do Bloque en Santiago.Os socialistas de Lugo procurarán o acordo co BloqueOnde as contas foron máis axustadas no eido provincial foi na Deputación de Lugo, pero así e todo o PP seguirá, con toda probabilidade, fóra do poder provincial. Malia ter unha porcentaxe de voto practicamente idéntica que en 2015, os cálculos que manexan os socialistas indican que perden un deputado provincial no partido xudicial da capital da provincia que gaña o BNG, que tería 3. Sumados aos 10 dos socialistas darían lugar a unha maioría absoluta que superaría a ducia de representantes do PP. A dirección provincial do PSdeG lucense aposta por que Darío Campos siga na presidencia e por tentar o acordo co BNG"O PSOE e BNG poderán gobernar a Deputación", resumían este luns dende a dirección provincial do PSdeG lucense, onde a incerteza reinou na noite electoral por mor do axustado do reconto no partido xudicial da Fonsagrada. A caída en votos do PSdeG no municipio fonsagradino deixou a pugna polo único escano que reparte ese partido xudicial en apenas 194 votos a prol dos socialistas fronte ao PP. O preferido da dirección provincial para a presidencia é o actual titular da institución, Darío Campos, segundo avanzou este luns o secretario provincial dos socialistas, Álvaro Santos, quen tamén se amosa partidario do diálogo a nivel galego entre socialistas e Bloque para pechar coalicións e valorou o "freo ao oportunismo" que, ao seu xuízo, supón que o ex-socialista Manuel Martínez, que continuará na alcaldía de Becerreá, non lograrse acceder á corporación provincial.
NOS_48005
Perto de vinte colectivos e asociacións participaron na I Asemblea contra a eucaliptización que tivo lugar en Moaña, que terá continuidade en novas asembleas en diferentes comarcas do país.
A I Asemblea contra a eucaliptización reuniu en Moaña 18 colectivos e asociacións do campo do ambientalismo, comuneiros ou organizacións agrarias para debater en torno a que resposta dar a esta problemática. Houbo consenso nos asistentes en valorar "moi negativamente" a situación dos montes galegos após 25 anos de vixencia do Plan Forestal. A expansión do eucalipto foi nestes anos moi superior ao previsto no propio plan. Ao tempo, existe unha ampla desconfianza entre estes colectivos a respecto da reforma que o goberno galego quer facer de dito plan. Na Asemblea valorouse a importancia do momento para mobilizar a sociedade a favor doutros modelos para o monte galego alternativos ao actual, aproveitando a "preocupación xeral" que existe entre a cidadanía a respecto da eucaliptización. Froito do debate, na xuntanza de Moaña os asistentes acordaron unha serie de postulados sobre os que traballar en vindeiros encontros de cara a elaborar propostas concretas. Así, parten de destacar a importancia do monte veciñal e en man común ao tempo que apostan "nunha valoración do monte que integre os aspectos ecolóxicos, paisaxísticos, culturais e de identidade, ao mesmo tempo que os económicos e produtivos". Destacan a importancia de socializar as alternativas á eucaliptización así como incidir nas esferas precisas para acadar a mudanza das políticas actuais para o monte.
NOS_42011
Unha persoa que combinou cun mozo a través de Grindr atopou ao chegar ao lugar da cita un grupo de rapaces que o insultaron e arreboláronlle diversos obxectos, denuncia este colectivo.
Avante LGTB informa que recibiron unha denuncia anónima que daba conta da existencia dunha agresión homófoba en Redondela. Segundo informa este colectivo nun comunicado, "a vítima quedou cun mozo por Grindr - aplicación móbil de cita e contactos para homes - nun portal da vila, á que se tivo que desprazar no coche. Ao chegar alí atopouse cun grupo de mozos que lle comezaron a tirar cousas e a berrar insultos homófobos". Avante LGTB sinala que "a estratexia de suplantación en aplicativos de ligue é empregada en varios paises para "cazar" a persoas LGTB. Esta situación converte o que era un espazo de seguranza nun espazo no que as persoas LGTB xa non poden sentirse a salvo de agresións".
PRAZA_9195
Fálame do silencio (Xerais) é a primeira novela do xornalista Pablo L. Orosa. Falamos co seu autor.
"Supoño que a emigración é parte do que somos, do noso xeito de mirar o mundo"A Daniel Gluckmann privárao a súa propia familia, decidindo por el, da memoria do seu avó Manuel. Ninguén quería lembrar. Nin dicir. É por iso que lle pide axuda a un xornalista, Samuel, para completar o relato do seu pasado. Así comeza Fálame do silencio, a primeira novela do xornalista Pablo L. Orosa. Unha obra sobre os silencios que, tamén, nos conforman. Que son parte do que somos, contrariando, moitas veces, o que quixeramos ser. Falamos co seu autor. 'Fálame do silencio' conta unha historia que foi bastante común en Galicia: emigrantes e/ou exiliados que marchaban e dos que nunca máis se volvía saber. (Tamén é, por exemplo, a historia que conta Borja Fernández na súa peza teatral 'Salvador'). Como xorde a idea, no teu caso?Supoño que a emigración é parte do que somos, do noso xeito de mirar o mundo. Penso que todas as familias teñen algunha historia da emigración, dos que marcharon mais tamén dos que quedaron, que acaba por filtrarse en nós. As ausencias e os retornos como parte da nosa identidade. Hai xente como Olga Novo que as transforma en auténticas marabillas literarias."O avó de miña nai foi un deses que marchou a por tabaco e non volveu máis"Eu son dunha xeración que viviu a emigración a través da boca dos outros. Das cartas que chegaban de Cuba, da prima que naceu nun barco de camiño a Santo Domingo. Aínda hai uns meses que apareceron na aldea dúas mulleres que viñan dende Cuba buscar a partida de nacemento de seu avó, que resultou ser tamén familiar noso. Aí sen dúbida hai outra historia. A do home que marchou e a desas mulleres que viñeron buscar o que tamén son.No caso de 'Fálame do silencio' a historia ten tamén un xermolo real: o avó de miña nai foi un deses que marchou a por tabaco e non volveu máis. Ela sempre se preguntou que fora del. Un día, cando morreu seu pai, recuperou un caderno que chegara da Arxentina con aquela historia e pasou moitas tardes transcribíndoo. Eu víaa ao volver da escola e sempre quedei coa teima de que tiña que escribirlle unha historia para completar o que seu avó non contaba no caderno."Somos o que soñamos ser? É unha pregunta individual mais tamén colectiva"O libro ten bastante de reflexión sobre a identidade. Quen somos, en relación co que queriamos ser. Nese sentido, hai un paralelismo entre Manuel Gluckmann, o emigrante que marcha e non regresa, e Samuel, xornalista ao que o neto de Manuel, Daniel Gluckmann, lle pide que complete a historia do seu avó. Que quixeches dicir sobre a identidade?Entendo que a literatura son preguntas. E esa, somos o que queriamos ser, é unha das que formulo na novela. E probablemente unha das que non chego a responder. Ao longo da vida todos imos tomando pequenas decisións que marcan o que somos. Eu discrepo moito de quen di eu son así ou doutro xeito, penso que somos as decisións que tomamos. Todas elas, as súas consecuencias, debuxan a nosa identidade.Eu ando un pouco obsesionado cos tempos "nos que creban as conciencias". Tocoume vivir profesionalmente varios destes momentos, como a transición democrática en Birmania, nos que de súpeto veciños que non se falaban dende había anos volven recuperar as conversas e outros que pasaban o día a asasinar e torturar inimigos do Estado son agora cidadáns exemplares aos que os nenos soñan con parecerse. Mais co tempo, coa "anatomía dese momento", xorde a pregunta da que falabamos antes. Somos o que soñamos ser? É unha pregunta individual mais tamén colectiva. No libro, todos os personaxes andan á procura desa resposta."É aí, na desigualdade, onde nacen os verdadeiros problemas dos nosos días"Manuel Gluckmann afástase moito da imaxe do emigrante exemplar. As circunstancias vano arrastrando en tempos moi duros, aínda que el tamén tira beneficio do que fai. Mais o curioso é que ao seu neto -a finais do franquismo- acaba facendo o mesmo ca el. Por que esa sorte de continuidade entre avó e neto?É o substrato do que somos, do que falabamos. Porque moitas destas decisións, especialmente cando somos novos, non as tomamos nós. Pero tamén inflúen no que somos. Cantas bailarinas ou arqueólogos hai traballando na oficina dun banco? Ninguén escolle criarse na ausencia, pero esas ausencias medran en nós. Iso é que lle pasa a Daniel Gluckmann, que vai cargando co peso das decisións que tomou seu avó.En relación con iso, hai tamén unha historia de traficantes que se afasta do tópico. Mais arredor desta historia hai moitas outras, e varias delas teñen que ver, ademais de coa desigualdade ou o desemprego, con familias tradicionais con pais maltratadores. E mozos que andan un pouco á deriva, neste contexto. Por que?Máis que sobre o maltrato, o que si fala a novela é dos silencios que xera ao seu redor e de como estes debuxan a nosa identidade. Toda a novela é, dun ou doutro xeito, unha reflexión sobre os silencios como parte do que somos. Esa frase que sempre se di, vallo máis polo que calo que polo que conto. Nese contexto, o tema do contrabando paréceme unha expresión máis do silencio: unha economía do silencio."Hai unha tendencia natural a intentar frear a violencia da desigualdade con máis violencia. Con autoritarismo colectivo e individual, signo e legado das ditaduras"Un negocio de supervivencia universal témolo aquí cos furtivos ou co narcotráfico, pero atópalo tamén nos pescadores de Sebagoro que trasladan refuxiados da RDC á ribeira ugandesa do lago Albert ou nas aldeas kurdas entre Iraq e Turquía. Xente que vive ao marxe, algúns por decisión propia ou por convencemento político, mais a maioría porque foron expulsados polo sistema. E é aí, na desigualdade, onde nacen os verdadeiros problemas dos nosos días.En Guatemala, un dos países máis desiguais do mundo, en apenas vinte minutos camiñando, un pasa de estar nunha barriada de teitos de zinc e pintadas das maras en cada esquina a unha rúa de neon, con tendas de luxo, concesionarios de alta gama e restaurantes de receitas internacionais. Como non vai agromar a violencia cando uns pais teñen que enterrar un fillo morto por desnutrición mentres o supermercado da esquina -literalmente- tira cada día ducias de caixas con comida?"É importante dar tamén a batalla pola hexemonía cultural"Hai unha tendencia natural, freudiana -a civilización, a represión e a neurose están entrelazadas- a intentar frear esta violencia da desigualdade con máis violencia. Con autoritarismo colectivo e individual, signo e legado das ditaduras. Na novela, un dos dilemas de Daniel Gluckmann é precisamente como discutir a autoridade paterna, como matar o pai para despois atopar o que aínda segue quedando del.Os espazos son moi importantes nesta novela, que comeza na costa da Morte. Tamén o barrio das Atochas, na Coruña. Ou a propia taberna de mariñeiros na que se desenvolve boa parte da novela, o Durban. Os espazos son case como un personaxe máis… Por que? Por que o barrio das Atochas e a Costa da Morte?Outra das teimas das novela é reivindicar os nosos espazos como territorio de ficción. Porque é importante dar tamén a batalla pola hexemonía cultural. Neste último ano, falando con distintos colectivos artísticos africanos, todos coincidía na importancia de mudar o discurso, de facerlle chegar á xente o valor das súas propias historias: monólogos kenyanos para lograr risadas kenyanas."Aquí tamén acontecen historias fascinantes. E a Costa da Morte, como a Atocha libertaria da Coruña, son escenarios cheos delas"Nós tamén temos que dar esa batalla. Escoiteille hai pouco a Mercedes Peón unha reflexión sobre a obsesión de educar os nenos en inglés e non en galego, como se os estivésemos a preparar para marchar dende cativos. Cantos de nós sentimos máis próximo o Nova York que vemos a diario nas películas que a nosa propia contorna? Aquí tamén acontecen historias fascinantes. E a Costa da Morte, como a Atocha libertaria da Coruña, son escenarios cheos delas. Teño na cabeza por exemplo esa Gran Evasión de Malpica da que falaba Pablo Varela nunha reportaxe ou a dos nenos da varíola que contou María Solar.As mulleres teñen papeis máis ben secundarios nesta novela. Mais hai dous interesantes: Silvia, que nun momento dille ao xornalista que os da súa xeración tenden a fuxir do pasado, e Carolina, que podería ser un exemplo da muller empoderada dos 70, moderna, que vive a súa vida sen importarlle o que os demais digan dela. Podes falar un pouco destas dúas personaxes e do que representan?Nun club de lectura falamos precisamente diso, da falta de mulleres cun papel protagonista na novela. A verdade: dábame vertixe tomar unha voz feminina. É algo para o que non me sentía preparado, así que optei por mudar a perspectiva: para min o da avoa Carme é un dos personaxes principais pese a que apenas ten frases. Mais é o fío condutor, o nexo entre neto e avó. Tamén Soledad, a nai, xoga un pouco ese papel.Pola súa banda, Silvia e Carolina exercen de contrapunto: son mozas novas con ese punto de rebeldía coa que "matar o pai". A Carolina resúltalle máis difícil, o seu é un mundo onde o papel da muller está aínda (aínda máis) supeditado ao do home. Ela ten que loitar contra o ditado do pai e contra as miradas de outras coma ela. Esa falta de nós conxugado é a gran diferencia entre a época de Silvia e a de Carolina: hoxe o movemento feminista conseguiu que en España moitas mulleres tomasen conciencia da necesidade dunha loita colectiva."Hoxe o movemento feminista conseguiu que en España moitas mulleres tomasen conciencia da necesidade dunha loita colectiva"No bar de Zurriagoitia, o dono do Durban, celébranse cara finais dos 70 reunións clandestinas nas que se fala de política. Daniel asiste aos acontecementos un pouco deixándose levar. Podes explicarnos máis o personaxe de Daniel, en contraste co seu avó, tendo en conta os feitos históricos aos que cada un deles asiste? (O avó vive os anos previos á guerra, a guerra civil e despois a II Guerra Mundial, basicamente). Ambos teñen unha postura semellante ao principio: a política non lles interesa, pero crúzase na súa vida. Non teño claro como eles responderían se lles preguntaran se «o persoal é político», pero si penso que ambos chegan á conclusión de que hai que tomar partido no político dende o persoal. A do avó é unha reflexión que se fai dende a perspectiva que só outorga o tempo, cun certo desencanto despois de ser testemuña dun período tan terrible que resulta fascinante aos que non o vivimos.Porén, a el só lle produce rexeitamento. Que é o que produce sempre a guerra a quen a viu de preto. Daniel vive outro momento, o momento no que todo pode mudar, e aínda que a el non lle interesa si se percibe o entusiasmo colectivo que agroma nun intre como foi o da Transición. E tamén a grande decepción que produce descubrir que despois de todo non foi o que soñaron que fora."Nos relatos da resistencia, estamos afeitos a que nola conten a través de grandes fazañas"Nese sentido, a túa novela tamén se afasta do relato dos heroes antifranquistas. Iso faime pensar no traballo que se está a facer desde Histagra para construír un relato sobre a xente que non foi nin vítima nin verduga do franquismo, senón algo moitas veces máis complexo... Mesmo o teu libro lembroume o que a historiadora Ana Cabana estudou sobre os distintos xeitos de resistencia. Porque, moitas veces, simplemente tentando sobrevivir había que incumprir as normas, que en parte é o que pasa na túa novela con ese tráfico especial do que falabamos. Tentaches situarte aí, dalgunha maneira?Totalmente. Falaba antes dos pescadores de Sebagoro, unha aldea do lago Albert, que se fixeron ricos traficando con persoas. Porque eles só levan no seu barco a quen paga por ir. Dálles igual que veñan fuxindo dunha guerra. Dende unha mirada reducionista, de bos ou malos que tanto abunda neste tempo, pensariamos que eses homes son mala xente, mais se afondamos e descubrimos que o pouco peixe que queda no lago non chega para alimentar os cativos pois igual estamos ante outra perspectiva. E non os intento xustificar.Penso que na ditadura houbo moitos deses casos, de xente que lle tocou loitar nun bando ou no outro máis alá da ideoloxía, e tamén de xeito que o fixo a conciencia. Tamén nos relatos da resistencia estamos afeitos a que nola conten a través de grandes fazañas históricas, moi do gusto norteamericano, pero a resistencia está tamén nas "voces baixas", que diría Rivas: no que contamos e no que decidimos calar.A estrutura narrativa ten certa complexidade. Por un lado a historia de Manuel escrita por el mesmo. Por outro lado o tempo presente, que ocupa a investigación do xornalista. Polo outro, a historia de Daniel, a finais dos 70: o seu esforzo por reconstruír a historia do seu avó. Isto é o básico pero hai máis, e ao principio pode resultar un pouco confuso para o lector. Como pensaches esta estrutura? (O tempo acelérase a partir de certa parte)."Na mirada cara ao pasado hai sempre unha certa romantización"Como me dixo un lector, o libro require unha lectura de continuo para non perderse. O feito de empregar tantos personaxes e unha estrutura descontinua pode dificultar a lectura, pero ao tempo creo que axuda a darlle sentido á historia: a memoria é fragmentaria. Non pensamos nin contamos o que nos acontece de xeito lineal, hai sempre digresións e historias paralelas que xorden. Iso era o que quería reflectir empregado esta estrutura.Como xornalista opto moitas veces por esta fórmula: presentar unha escena e despois moverme adiante e atrás. Coido que é o mellor xeito de ofrecer unha perspectiva completa dun feito. A realidade é que eu escribín a novela en dous períodos da miña vida, un hai xa 8-9 anos e outro entre 2016. A primeira parte, que é máis lenta, serve para mostrar o contexto no que se vai mover a historia. É aí onde nacen as decisións que desencadean despois a acción da segunda parte da novela.En relación con iso, a voz narradora da parte de Daniel pode resultar un pouco doutro tempo: unha adxectivación e unhas metáforas un pouco tópicas no seu romanticismo, unha certa romantización tamén da prostitución… Preguntábame, ao ler, se ao contar unha historia doutro tempo buscaras tamén unha voz doutro tempo para dicila..."Cando nos achegamos a un campo de refuxiados e contamos a historia deste ou daquel estamos invadindo a súa vida, exhibíndoa para despois deixala na gabeta a ir contar outra aínda máis dramática"Unha das cousas que creo que mellor funciona na novela son as voces ben distintas dos narradores. Cada época ten un xeito distinto de ser contada. Estou a ler nestes momentos "Trilogía de Mozambique" de Mia Couto e penso que é un exemplo marabilloso disto. Coido que na mirada cara ao pasado hai sempre unha certa romantización: un non tende a recordar os días grises da adolescencia, mais si o primeiro bico e o primeiro todo.Na novela intento recrear unha atmosfera, a dos bares de mariñeiros, a da prostitución do Papagaio, que o narrador bota en falta porque bota en falta a súa infancia. O que xa non se pode romantizar son as accións: un pode recrear un ceo de cores, pero baixo el a xente seguirá a facer cousas tan terribles como admirables.Hai unha pequena mención aos moken, os xitanos do mar, que foron protagonistas dunha das túas -estupendas- reportaxes de información internacional. Entendo que o personaxe xornalista, Samuel, non es ti, pero seguramente ten algunha cousa de ti, como xornalista freelance. É así? (Samuel é un xornalista precario).O dos moken foi unha das historias que máis me marcou como xornalista e como persoa. Aprendín que hai outros xeitos de mirar o mundo. Que cousas que asumimos como verdades universais, como a medida do tempo, non o son tanto. Que se pode mirar o tempo de moitos xeitos. O xeito de empregar un xornalista como narrador permitiume gañar en seguridade, sabía que me estaba a mover nun territorio coñecido co que ir fiando a historia."A maior derrota que sufrimos neste tempo como sociedade foi a perda da esperanza, a idea de que non hai alternativa posible"A crítica á precariedade laboral está presente en Samuel mais tamén en Silvia. É unha constante do noso tempo. A reflexión que quería facer a través de Samuel é ese dilema que temos que enfrontar todos os xornalistas cando nos achegamos a unha historia: temos que involucrarnos ou non. Facer da historia algo persoal e despois abandonala? Non nos converte iso nuns comerciantes de vidas alleas? Cando nos achegamos a un campo de refuxiados e contamos a historia deste ou daquel estamos invadindo a súa vida, exhibíndoa para despois deixala na gabeta a ir contar outra aínda máis dramática.Tamén é unha historia, como comentabas antes, de silencios. De pasados que moitas familias preferiron deixar atrás. No túa novela vese como o poder impón o silencio. Non só a través do medo. Tamén porque o consegue corrompéndoo todo. Tamén as persoas. Nese sentido, é significativo o personaxe do Fendido: de camarada de movementos subversivos a gánster local. Como se relacionan poder, corrupción e silencio na túa novela?A maior derrota que sufrimos neste tempo como sociedade foi a perda da esperanza, a idea de que non hai alternativa posible. E iso só se consegue impoñendo un marco discursivo no que deixemos de cuestionar o feito de medir o tempo para pasar a pelexarnos por como o imos repartir. Son poucos os que hoxe se atreven a ir contra o dominio hexemónico, o que sería o arlequín no conto de Harlan Ellison, porque quen o fai é rapidamente expulsado cara os marxes dos que falabamos antes. O poder segue sempre a mesma lóxica coas cousas que non lle interesan: primeiro son un inconveniente, despois un pecado e por último un delito. E así é como definen o marco: só podemos falar do que se considera socialmente aceptable. É un proceso ao que asistimos a diario: podemos falar de banca pública? Non, porque iso vai contra o que di Bruxelas e iso suporía saír do marco."Aínda hoxe non somos quen de desembarazarnos dese aire pesado que afoga as conversas sobre o que somos"O silencio é a ferramenta máis poderosa do poder. Con el pódense enterrar as vítimas do accidente do metro en Valencia, o exilio de milleiros de mozos cansos da precariedade laboral ou a memoria histórica en España. Porque aínda hoxe non somos quen de desembarazarnos dese aire pesado que afoga as conversas sobre o que somos. Non está no debate político, pero tampouco nos diálogos familiares. Aínda hoxe hai moitos casos como o dos Gluckmann onde "hai cousas das que é mellor non falar" e que non por iso deixan de influír na creación da nosa identidade. Neste senso, o vello Xan, como o Fendido, son dous personaxes que amosan dous xeitos distintos de enfrontar o pasado."Novela de intriga e de memoria", di o texto da contracapa do libro. Hai unha parte de intriga, con enfrontamentos entre bandos, sangue… Mais penso que o teu obxectivo era máis facer unha novela de memoria. Como definirías ti a novela e por que?Si, penso que se trata dunha novela de memoria. Da memoria dun tempo que me parece fascinante porque moita xente tivo que redefinirse case "dun día para outro" e iso, antes ou despois, acaba por erguer preguntas. Son eses instantes "nos que creban as conciencias" cando tomamos decisións que imos arrastrar toda a vida porque non teñen marcha atrás."Hoxe comprendín que o mellor xeito de contalo é achegarme ás mulleres máis vellas porque son elas quen me van abrir realmente a porta para entender o conflito"Outra cousa que me preguntaba ao ler é se alguén coma ti, que cubriu entre outros feitos o xenocidio rohingya, a fuxida dos refuxiados de Sudán do Sur, a posguerra iraquí… podería ter un ollar diferente sobre a guerra civil española… Refírome a fuxir dos discursos simples (aínda que non haxa equidistancia nin neutralidade co que non debe habela). Como foi a túa propia relación co relato sobre a guerra civil antes de comezar a traballar de xornalista? (No libro hai unha referencia ás historias de Foucellas contadas polo avó).Foucellas é dende sempre parte da miña vida. Meu avó sempre contaba historias de Foucellas e para min converteuse nun ser mítico. Alguén ao que admirar e ao que temer. Precisamente esta dualidade é a que eu teño presente en todo o libro e en todos os meus traballos xornalísticos. Os conflitos non poden ser resumidos nun relato de bos e malos, aínda que como ben dis isto non significa que teñamos que ser neutrais, senón que hai que intentar ir máis alá na procura das razóns.Eu recordo que nos primeiros traballos que fixen con refuxiados sempre iamos ao lado onde están os homes sen familia para que nos contaran as historias "de sangue". Hoxe comprendín que o mellor xeito de contalo é achegarme ás mulleres máis vellas porque son elas quen me van abrir realmente a porta para entender o conflito. En 'Fálame do Silencio' é igual, son Daniel e o avó os que escriben a historia, pero quen a conta é en realidade a avoa Carme co seu silencio.
NOS_37426
A plataforma Salvemos O Iribio, formada por agrupacións ecoloxistas, asociacións veciñais, entidades culturais e organizacións políticas, vén de se poñer en marcha. A súa finalidade é "defender a Serra do Iribio, no Courel, das obras dun parque eólico e as instalacións electromecánicas asociadas".
"Queremos facer valer a legalidade vixente que prohibe a instalación de novos parques eólicos en zonas de Rede Natura 2000", sinala a plataforma no seu primeiro comunicado. O Iribio non só é Rede Natura. Tamén se atopa dentro do Ben de Interese Cultural (BIC) Camiño de Santiago Francés e na proposta de declaración Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serra do Iribio e Courel. É así que Salvemos O Iribio considera que o proxecto eólico Serra do Oribio (sic) aporbado o pasado 27 de xuño no Consello da Xunta "vulnera a lexislación vixente e non pode facerse efectivo". O mesmo sucedería coa liña de alta tensión asociada á citada infraestrutura. "Presentaremos todos cantos recursos sexan petinentes", advirte. Segundo a plataforma, as obras xa en execución deben ser paralizadas. "Están a destruír gran parte dos valores naturais e ecolóxicos, histórico culturais e patrimoniais do Iribio. Nalgún caso de maneira irrecuperábel", sinala. O proxecto eólico publicouse no Diario Oficial de Galicia o pasado 14 de agosto e, porén, a empresa Fergo Galicia Vento, S. L. xa comezara as obras "de xeito irregular" o pasado maio "coa conivencia de Xunta e os concellos de Samos e Triacastela". É máis, Salvemos O Iribio denuncia que Goberno e Concello de Samos "están a permitir a execución das obras dos camiños de acceso ao parque eólico por un trazado diferente ao previsto no proxecto, e tamén atravesa a Rede Natura e a zona de amortecemento do BIC". "Son obras totalmente irregulares", considera. A plataforma avisa de que rexistrará denuncias contra a Xunta e "os concellos cómplices" na Unión Europea e "mobilizacións" se o Goberno galego "non paraliza inmediatamente as obras do parque eólico do Iribio". Fan parte de Salvemos O Iribio Adega, Asociación Sociocultural O Iribio, Fundación Oso Pardo, Fundación Uxío Novoneyra, Petón do Lobo, Lugo Animal Save, Anonymous for the Voiceless, Colectivo Capitán Gosende, Asociación Cultural Roxín Rosal, Xuntos por Sarria, Agrupación Cultural Ergueitas, Comité de Defensa das Rías Altas, Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza, Rede Galega do Patrimonio, Rede Galega da Educación e Desenvolvemento Rural, Salvemos a Comarca de Ordes, Sociedade Galega de Ornitoloxía, Stop Eólicos Paradela e os grupos políticos Anova, BNG, Equo e os grupos parlamentarios de En Marea, BNG e Grupo Mixto. Nota: imaxe con membros das entidades constuíntes da plataforma Salvemos O Iribio.
NOS_11202
As vítimas concentraranse a próxima semana diante do Congreso para exixir a súa dimisión após coñecerse que en 2016 advertiu por carta á Comisión Europea da "gravidade" da publicación dese documento, que cuestionaba a actuación do Goberno de Mariano Raxoi.
A ex ministra de Fomento Ana Pastor advertiu en 2016 á daquela comisaria de Transportes, Violeta Bulc, da "especial gravidade" que tiña publicar o informe da Axencia Ferroviaria Europea crítico coa investigación oficial realizada polo Estado español sobre o accidente do tren Alvia en Angrois (Santiago). Así o recolle unha carta dirixida persoalmente por Ana Pastor a Violeta Bulc, con data de 26 de maio de 2016, segundo revela esta sexta feira Praza.gal. "O contido das cartas demostra que Ana Pastor se implicou directamente en ocultar todo o que tiña a ver coa terríbel traxedia do Alvia", denuncia a plataforma que abrangue a maior parte das vítimas do sinistro, no que morreron 80 persoas. As vítimas lembran que na súa comparecencia en agosto de 2013 no Congreso, Pastor afirmou que ía actuar "con toda transparencia, para dicir todo o que teña a ver con este terríbel accidente", e engadiu aos deputados: "Teñen o meu compromiso de que non descansarei até saber a verdade". As vítimas do Alvia seguen pedindo xustiza nove anos despois Con todo, en maio de 2016, ao ter coñecemento de que a Comisión Europea ía publicar o informe que cuestionaba a investigación oficial —a realizada pola Comisión de investigación de accidentes ferroviarios, CIAF— e que alertaba do incumprimento da normativa de seguridade ferroviaria, escribiu á comisaria alertando da "gravidade" da súa publicación. "Encarguei ao noso servizo xurídico un informe sobre as súas repercusións e rogo que tomes nota de que o Reino de España reserva o dereito de adoptar medidas ante a indefensión que esta actuación puidese ocasionar", trasladáballe a por entón ministra de Fomento á comisaria de Transportes. Desde a plataforma de vítimas inciden en que "utilizou o argumento de indefensión do Reino de España para protexerse e ocultar as súas mentiras e a súa mala xestión, xa que o informe da UE concluía que o goberno incumpriu a obriga de investigar o accidente por falta de independencia e por non analizar as causas que implicaban o seu ministerio". As vítimas de Angrois critican a demora do xuízo e piden unha investigación independente, como reclama a UE Neste senso, o informe da CIAF concluía que o maquinista era o único responsábel do sinistro. Após varios fechamentos e reaperturas, a instrución xudicial concluíu con dous imputados: o maquinista e o ex xefe de Seguridade na circulación de Adif. Ambos os dous sentarán no banco dos acusados a partir da próxima cuarta feira, 5 de outubro, cando arrinca o xuízo, case unha década despois do sucedido. "O que realmente xeraba e xera indefensión ao Reino de España, en particular aos seus cidadáns, é que os seus dirixentes, por protexerse, traten de ocultar os incumprimentos da lei en materia de seguridade e as causas técnicas dun accidente que deixou 80 mortos e máis de 140 feridos", denuncia a plataforma, que tamén pedira ao Ministerio de Transportes acceder ás misivas. Un millón de euros e mil metros cadrados para o macroxuízo polo accidente de Angrois As vítimas sinalan agora á actual secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, quen este mesmo mes mostrou "total disposición" coa Xustiza. "Precisamente quen se negou a entregar a información durante este tempo, até que se viu obrigada polo Consello de Transparencia", recrimina a plataforma. Antes de que comece o xuízo, as vítimas concentraranse a vindeira segunda feira, 3 de outubro, fronte ao Congreso para exixir a dimisión de Ana Pastor como vicepresidenta segunda da Cámara Baixa, "polas súas mentiras e manobras de ocultación".
NOS_5455
A organización armada anunciou no seu último comunicado que desenvolverá "aportacións significativas" ao proceso de paz "sen tardar", o que debuxaría o escenario dun inminente desarmamamento.
A organización armada Euskadi Ta Askatasuna (ETA) podería iniciar sen demora o proceso de desarmamento. Así o asegurarían fontes abertzales consultadas polo diario español El País. O desarmamento -entrega dos arsenais, identificación dos zulos e dos pisos francos- realizaríase baixo supervisión internacional e sen a colaboración do Estado, que, segundo informa El País, ten rexeitado participar no proceso. Fontes abertzales sinalaron, en declaracións ao diario español, que o desarmamento se verá dificultado precisamente pola falta de colaboración do Estado. "É moi difícil realizar unha entrega de zulios, armas e pisos á marxe do Goberno", din. Temen tamén que non só non haxa colaboración, senón que as forzas e corpos de seguridade do Estado continúen detendo dirixentes e militantes de ETA, o que obviamente complicaría toda a operación. En calquera caso, ETA ten tomada a decisión de se desarmar e esa determinación semella irreversíbel. "Ese proceso comezará moi cedo (...) e a súa primeira escenificación será significativa para dar credibilidade ao proceso gradual que se inicia", din as fontes da esquerda abertzale. Achegas significativas A decisión viría a completar o anuncio emitido no último comunicado cando ETA dixo que "sen tardar" desenvolvería "aportacións significativas" ao proceso de paz. ETA respondería desta maneira ao clamor social que demanda o fin do conflito basco e que tería a súa expresión na multitudinaria mobilización de Bilbo. Unha marcha, din, que "debuxou o camiño para avanzar" e "prendeu a ilusión de amplos sectores da cidadanía" que "coidan inacaída a liña do Goberno español". Un paso que viría a se acrecentar ao comunicado do Colectivo de Presas e Presos Bascos (EPPK) e á creación en decembro de 2013 da Comisión para Impulsar o Proceso de Paz. Artellar unha "vía basca" Así, perante a inacción dos executivos de Madrid e París --que rexeitaron en non poucas ocasións iniciar un proceso de diálogo en que negociar o desarme-- ETA aposta en "concretizar unha acción para pór o si de Euskal Herria" á paz "no centro e en vías de materialización" entre as que se atoparía a entrega das armas. Destarte, ETA avanza a súa vontade por participar "nas conversas e negocacións que se poidan empregar co obxectivo de lograr a resolución e a paz". Xuntanzas que se desenvolverían, segundo a organización armada, no marco da Comisión para a Paz e nas que se construiría o que ETA denomina unha "vía basca" cuxa axenda viría marcada polos eixos apuntados na mobilización do 11 de xaneiro: dereitos humanos, resolución e paz. De maneira tácita, ETA anima a se unir a esta estratexia a todos os sectores da cidadanía pois, coidan, "algúns discursos estanse a readaptar" e "cada vez son máis os que toman por inacaída a liña do Goberno".
NOS_10487
O lume iniciouse pasadas as 18 horas desta quinta feira.
O incendio forestal que afecta o municipio de Rubiá, na comarca de Valdeorras, permanece activo máis estabilizado feira despois de arrasar 200 hectáreas, segundo o último balance actualizado pola Consellaría de medio Rural. Á extinción do lume, intensa durante toda a noite, sumáronse nas últimas horas catro axentes, once brigadas, tres motobombas, tres pas e medios aéreos, tanto da Xunta como do Goberno do Estado. Risco alto de incendio Doutra banda a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) confirma risco alto de incendio nas comarcas do interior de Lugo e Ourense debido ás altas temperaturas provocadas pola primeira onda de calor do ano. En particular, AEMET sitúa as comarcas do sur de Ourense no nivel máximo e o resto do territorio en nivel alto ou moi alto. A alerta por calor afecta a boa parte do Estado. Na Galiza, MetoGalicia prognostica, hoxe e mañá, temperaturas superiores aos 35 graos no interior.
NOS_46238
Membros do consello de administración afirman non coñecer aínda o contido do acordo nin o seu alcance. Na reunión do consello, prevista para o vindeiro día 11, non se abordará o contrato cos estaleiros galegos.
O 11 de setembro Pemex celebrou unha xuntanza do seu consello de administración. Na reunión abordáronse diversas cuestións mais non o contrato con estaleiros galegos para construír dous buques hoteis, e que unha semana despois sería presentado en Compostela polo presidente da Xunta da Galiza como o revulsivo que precisaba o sector naval galego. O anuncio de Feijóo xerou unha gran treboada en Mexico, con conselleiros que criticaban que ese contrato non pasase polo consello de administración. O PRI, partido gañador das eleccións, tamén se uniu ás críticas, exixindo exlicacións a Pemex polos contratos. O vindeiro mes de novembro volverá reunirse o máximo órgano decisorio de Pemex e daquela podería porse sobre a mesa o contrato cos estaleiros galegos atinxido pola filial PMI. Membros do consello de administración xa teñen feito público o seu malestar polo feito de que este asunto non fose tratado na xuntanza de setembro. Mesmo un deles, Flavio Ruiz, falou nunha entevista de urxencia da Xunta para en plena campaña empregar o acordo coa finalidade de beneficiar a Feijóo e o PP na carreira ás urnas. Suspenso A labor de PMI é procurar ofertas en estaleiros do mundo (Galiza, Noruega, Corea,...) para construír buques para Pemex. No contrato cos estaleiros galegos existiría, sinalan desde a paraestatal, unha cláusula de suspensión. Malia as reiteradas peticións de sindicatos e partidos da oposición, Feijóo aínda non fixo público o contido do acordo. Un xesto que non fai máis que aumentar as dúbidas e a inquedanza sobre que é realmente o que conteñen eses contratos.
NOS_52036
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinala que Galiza aínda está lonxe de "valores críticos" en canto a presión hospitalaria e ocupación en UCI, o "horizonte" que marca a posibilidade de decretar medidas máis restritivas como un hipotético confinamento domiciliario similar ao da primavera.
"Hai comunidades que están en valores críticos. Galiza non, a día de hoxe", considerou García Comesaña nunha entrevista na Radio Galega, na que cifrou en 65% a ocupación de camas de hospitalización convencional e do 56% en UCI. Segundo o conselleiro, estes valores aínda son menores se se ten en conta a "capacidade máxima" que podería soportar o sistema sanitario galego a través dos plans de contixencia. O titular de Sanidade subliñou que "o máis importante" é velar pola atención a pacientes que poidan acabar nas unidades de críticos e que este é o "motivo fundamental" que guían as decisións que se adoptan para o control da pandemia. Como apuntou, esa situación das UCI na área sanitaria de Ourense foi a razón que levou a decretar o fechamento de Ourense e Barbadás –primeiras localidades en ser confinadas perimetralmente–, medida que, para o conselleiro, mostrouse "efectiva" e permitiu "reverter a situación" e facer que sexa "a cidade con mellor tendencia". Nun momento no que o debate se centra na posibilidade dun novo confinamento domiciliario que xa se adoptou noutros puntos de Europa, García Comesaña afirmou que Galiza non se atopa entre os territorios que presentan "valores críticos" en canto a presión hospitalaria, pero que, no caso de que as actuais medidas como o confinamento perimetral das sete cidades, non se mostrasen efectivas, "habería que tomar outras". Os feches serán avaliados o vindeiro día 3, xornada polo comité clínico. García Comesaña defendeu que esta medida "cirúrxica" e "puntual" estaba pensada "fundamentalmente" para evitar os desprazamentos previstos esta fin de semana pola festividade de Todos os Santos. Por iso, abriu a porta, como aventurou esta semana o presidenteda Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a novos confinamentos perimetrais temporais nas fins de semana ou festividades. Curva en ascenso "Non temos a día de hoxe unha previsión de cando vai deixar de crecer a curva", respondeu o resposábel de Sanidade á pregunta de se o 'pico' ou o aplanamento da curva de contaxios está perto. Doutra banda, o conselleiro asegurou na entrevista que "con carácter xeral" non se están producindo contaxios nos colexios, malia os máis de mil casos activos, que manteñen fechadas 52 aulas e dous centros infantís e que manteñen un aumento continuado na última semana. Segundo defende, os protocolos de seguridade, co uso de máscara e a ventilación como puntos principais, están a funcionar. "Os datos que temos nós é que, con carácter xeral, non hai contaxios nos colexios", aseverou o conselleiro, que afirmou que aquel alumnado que se contaxia "é identificado rapidamente" para pór en marcha corentenas e fechamentos que, opina, "dan resultado". Si amosou preocupación pola situación nas residencias de maiores, nas que se iniciou o terceiro cribado para a detección de casos entre usuarios e usuaria. García Comesaña vincula a situación epidemiolóxica á alza en toda Galicia cos focos que continúan dándose nos centros de maiores e que "algúns se collen a tempo e outros non". "Preocúpanos moito porque son a poboación máis sensíbel e nos que a enfermidade ten as consecuencias máis terríbeis", comentou.
NOS_14088
Superficial, inconcreto e lesivo para as persoas usuarias. Así considera o novo modelo de Atención Primaria o Colexio de Traballo Social, que denuncia a invisibilización das traballadoras e traballadores sociais como profesionais de enlace.
O borrador do novo modelo de Atención Primaria segue a espertar críticas. Se esta segunda feira se pronunciaban os Colexios Médicos e representacións de facultativas e facultativos, esta terza feira fai o propio o Colexio de Traballo Social, que critica o rascuño achegado pola Xunta de Galiza. "O Sergas convocou uns grupos de traballo de colectivos profesionais e logo pechou o plan sen tempo suficiente para desenvolver unha redacción proveitosa e profesional", sinala o Colexio nunha nota de imprensa após a Xunta de Goberno, desde o COTSG cren que o modelo recollido no borrador é "superficial e inconcreto" e que non "afonda nun reforzamento real da atención primaria senón que é máis ben unha cuestión de maquillaxe". No que ten a ver concretamente co traballo social, o Colexio sinala que "vai en prexuízo, de novo, da cidadanía usuaria do servizo". "O modelo invisibilízanos como profesionais e, aínda que pode parecer que ten unha filosofía comunitaria, non vai ser efectivo nin eficiente porque todos os profesionais da saúde, incluídas as e os traballadores sociais deben estar representados por ser precisos", explican. O Colexio defende que en todos os servizos de Atención Primaria sanitaria estea representada a figura da ou do traballador social dentro do equipo, como recolle a lexislación. O motivo, din, é "sinxelo": "nunha sociedade tan avellentada como a galega, potenciar o ámbito sociosanitario é o único camiño cara ao benestar social e os profesionais de enlace entre a comunidade, o servizo de saúde e os servizos sociais son as e os traballadores sociais". A institución reclama a "creación de estruturas adecuadas para que o traballo social estea representado na estrutura da consellaría, cunhas xefaturas de servizo que lle dean forma á axenda do traballo social sanitario e para isto teñen que estar localizadas nunha área asistencial, traballando coas direccións médicas e de enfermería, ao mesmo nivel". Por outra banda, instan o Ministerio á "aprobación" da carteira de servizos do traballo social sanitario que desde este colectivo está "xa elaborada".
PRAZA_4882
Varios centos acoden aos Rexistros da Propiedade de Compostela e A Coruña nunha acción reivindicativa que segue á xa realizada hai dúas semanas en Vilagarcía e en protesta pola reforma da lei que prepara o ministro Gallardón.
Aumenta o rexistro do seu corpo por parte de grupos de mulleres en Galicia. Se hai dúas semanas foron trinta as que acudiron ao Rexistro da Propiedade de Vilagarcía para solicitar a titularidade sobre o seu propio corpo, este mércores foron centos as que acudiron á chamada na Coruña e en Compostela. Continúan así con esta acción de protesta que xurdira da artista Yolanda Domínguez a nivel estatal - e da pintora Martha Azul no caso da Arousa- e que levara centos de persoas aos rexistros de Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao ou Pamplona. É unha maneira máis de protestar contra o anteproxecto de lei do aborto do Goberno do ministro Gallardón e que, de saír adiante, tan só permitirá a interrupción voluntaria do embarazo en casos de violación ou risco grave para a saúde da muller. A acción de protesta segue a impulsada pola artista Yolanda Domínguez no Estado e que xa se realizara en Vilagarcía É unha reivindicación que se une á campaña que levou a Plataforma Galega Galega polo Dereito ao Aborto a pendurar pancartas en varias pontes do país e en recintos deportivos -como no partido da pasada fin de semana en Riazor onde a retirada da faixa provocou tanta polémica como visibilidade á protesta- ou a enviar solicitudes masivas ao Valedor do Pobo reclamando o seu amparo para a protección dos dereitos das mulleres. En ambos os dous casos, tanto na Coruña como en Santiago, as solicitudes de rexistro do seu corpo por parte das mulleres foron admitidas a trámite e o trato dos funcionarios -en contraste ao que lles deran ás mozas que acudiran á sede do Rexistro en Vilagarcía- foi moi receptivo. Tanto que incluso decidiron ampliar un chisco o seu horario de oficina para poder recoller todos os impresos das cidadáns que alí se achegaron e entre as que había "persoas de todas as idades", tal e como lembra Rocío Fraga, unha das activistas que impulsou a acción na Coruña e que destaca que a protesta foi secundada non só por xente habitual nas protestas feministas, senón por mulleres anónimas "que non coñeciamos de nada". Os centos de solicitudes de rexistro foron admitidas a trámite Unhas 500 reclamaron a titularidade do seu corpo entre as dúas cidades e as colas para agardar pola quenda chegaron a saír fóra de ambas as dúas sedes. Entre elas, moita rapazada e xente nova, pero tamén mulleres de avanzada idade nunha nova protesta contra a prevista reforma da lei do aborto que lidera o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón. "Estase a priorizar unha capacidade biolóxica sobre a nosa propia existencia e négasenos a decidir sobre os nosos corpos e proxecto vital", declaraba a Radio Galicia outra das mulleres que se achegou ao Rexistro da Propiedade en Compostela. Agora, as cidadáns que levaron a cabo esta acción reivindicativa decidirán que pasos a seguir unha vez cubertos os impresos e despois de que reciban a resposta da Administración. Na "descrición do ben" que exixe a documentación, as alí presentes escribiron o que quixeron, como exemplo, parte deste texto: "O meu corpo, bregado como as estradas comarcais, cos meus dous peitos (dos que mamaron as miñas tres fillas durante 27 meses), as cicatrices producidas por dúas cesáreas, os meus ovarios (que levan ovulando 26 anos)...".
NOS_49709
A líder do BNG fixa como obxectivo "rachar coa hexemonía do PP" de cara ás eleccións galegas de 2024.
O president da Generalitat catalá, Pere Aragonès, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, abordaron esta quinta feira os vencellos económicos e de investigación entre Catalunya e a Galiza nunha reunión decorrida no Palau da Generalitat, na que tamén analizaron a situación política no Estado español. Nunha rolda de prensa após a reunión, Pontón explicou que trasladou a Aragonès a súa vontade de "estreitar as relacións económicas e científicas" nun momento de crise económica, algo que espera poder facer cedo desde a Presidencia da Xunta da Galiza. A líder da oposición no Parlamento galego asegurou que Catalunya é o "cuarto mellor cliente da Galiza dentro do Estado", sobre todo en alimentación e bens de consumo, e resaltou que en Catalunya existe un tecido empresarial importante de capital galego. Rueda reivindica o "bilingüismo cordial" e Pontón lémbralle a súa asistencia a unha protesta contra o galego Aliás, expresou o seu "convencemento de que á Galiza lle irá mellor cunha cooperación intelixente en Catalunya e non coa confrontación", e destacou a colaboración entre ambos os territorios a través de centros como a Universidade de Santiago de Compostela e a Universitat de Barcelona. Así, subliñou que xa "hai experiencias de colaboración exitosas no ámbito científico", como no sector da biomedicina, e apuntou que poden estenderse a ámbitos como o medio ambiente, a economía circular e a promoción económica, tamén desde o punto de vista da innovación. "Rachar a hexemonía do PP" Pontón afirmou que a súa formación fixa como obxectivo "rachar a hexemonía do PP" na Galiza e chegar á Presidencia da Xunta en 2024, após pasar de seis a 19 escanos nas últimas eleccións galegas. "Estamos convencidos e convencidas de que esa mudanza está en marcha. As enquisas dinnos que o BNG sobe e que o PP baixa", celebrou, e sostivo que o PP decidiu non convocar eleccións tras a marcha de Alberto Núñez Feixoo porque "sabían que as perderían". Modelo lingüístico Pontón tamén abordou con Aragonès o modelo lingüístico no ensino, un debate que, apuntou, existe na Galiza desde hai 13 anos: "O PP decidiu arrinconar o galego. Temos un decreto que fai que o galego teña un status de segunda, incumprindo o Estatuto de Autonomía". A Xustiza dá 15 días ao Govern catalán para impor 25% de castelán nas escolas "Quen ten que decidir o futuro da lexislación educativa son as súas institucións democráticas" e desde o consenso, defendeu a dirixente galega, en pleno debate sobre a aplicación da sentenza que obriga a impor 25% de castelán nas aulas catalás.
NOS_50079
O Dépor conseguiu un punto de ouro na súa visita ao Pizjuán. E é que após este empate acaricia a permanencia.
Desde os primeiros minutos do encontro, o Sevilla fíxose dono do balón. Os locais chegaban con facilidade á area coruñesa sen conseguir anotar tanto ningún. Varias ocasións de Llorente precederon o gol dos locais, que chegou no minuto 21 , cando Vicente Iborra rematou ao fondo da portería visitante. Após o gol, Llorente dispuxo de novas oportunidades e o Dépor conseguiu chegar con máis facilidade á área do Sevilla. Porén, o partido chegou á metade co 1-0 no marcador. Aos seis minutos da segunda metade, Fayçal dispuxo da mellor ocasión do Dépor en todo o partido, mais o seu disparo foi detido por Sergio Rico. O Sevilla volveu acariciar o segundo gol. Tanto, que mesmo a afección local chegou a cantar o tanto por culpa dun efecto óptico cando Konoplynanka estivo a piques de sorprender a Manu no lanzamento dunha falta. No minuto 81, Fayçal recuperou un balón no medio do campo que abriu á esquerda para Lucas Pérez. O futbolista de Monelos viu o desmarque de Oriol Riera no pau contrario e foi entón cando subiu o gol do empate ao marcador. O ariete catalán asinaba o seu segundo tanto no que vai de temporada. Os últimos minutos do encontro foron trepidantes. O Sevilla tratou de adiantarse e impediulle ao Dépor tocar a pelota. Malia a gran presión dos locais, o Dépor conseguiu manter o marcador 1-1 e trouxo un valioso punto para A Coruña. Sevilla FC: Sergio Rico, Coke, Carriço, Kolodziejczak, Escudero, Cristóforo, Iborra (N'Zonzi, min. 74), Reyes (Curro, min. 60), Banega, Konoplyanka e Llorente (Juan Muñoz, min. 65). RC Deportivo: Manu Fernández, Juanfran, Lopo, Sidnei, Fernando Navarro (Jonás Gutiérrez, min. 76), Luisinho (Cani, min. 46), Fayçal Fajr, Pedro Mosquera, Borges, Luis Alberto (Oriol Riera, min. 52) e Lucas. Goles: 1-0 Iborra (min. 21); 1-1 Oriol Riera (min. 81). Árbitro: Jaime Latre (c. aragonés). Amoestou Lopo (min. 61), Carriço (min. 68), Curro (min. 70) e Oriol Riera (min. 84).
PRAZA_9337
Todos os partidos políticos deberían esforzarse en dotar aos concellos de tres premisas esenciais: respecto á autonomía municipal, mecanismos necesarios para fornecer os orzamentos municipais dos recursos necesarios e respecto da administración autonómica
"O que sucedeu despois é un longo relatorio de desolación e espantos onde o mundo estoura en mil anacos, tal e coma un castelo de area que se derruba" (A cidade dos Césares, Víctor Freixanes).O vindeiro 26 de maio tocan as undécimas eleccións, despois da restauración da democracia no Estado español (as primeiras foron o 3 de abril do 1979), para elixirmos aos nosos representantes no ámbito político que todos concordan en considerar o máis próximo á cidadanía: a Administración Local. Se esa maneira de pensar gozara dun certo grao de coherencia, parece lóxico que tódolos partidos políticos deberían esforzarse en dotar aos concellos de tres premisas esenciais. A primeira consistiría en respectar a autonomía municipal, para que as institucións locais puideran ofrecerlle á veciñanza uns servizos básicos universais e de calidade, que nos permitan concluír que nos atopamos nun Estado de Benestar. A segunda plasmaríase na dotación dos mecanismos necesarios para fornecer os orzamentos municipais dos recursos necesarios, a fin de facerlle fronte aos custos de tales servizos públicos. E, a terceira tería a súa expresión no respecto da administración central e autonómica cara os alcaldes, as alcaldesas, os concelleiros e as concelleiras que elixa a veciñanza. Mais por desgraza, por culpa de tódolos partidos sen excepción, a cousa non é así, aínda que, obviamente, os que gobernaron o Estado ata agora –PP e PSOE– sexan os principais culpábeis de dispormos duns concellos que deixan moito que desexar. O grao de autonomía local mingua cada día que pasa e todo nos fai pensar que se acurtará máis no próximo mandato. O financiamento local hai tempo que ficou totalmente enferruxado, condenando aos concellos galegos a dispor duns recursos mo por debaixo das súas necesidades. E, os políticos, e mesmo os funcionarios das outras administracións tratan aos políticos locais coma se foran os seus subordinados.Ah! O meu tío Lisardo pensa que unha das principais novidades das vindeiras eleccións municipais estará na proliferación de listas independentes ou agrupacións locais, sen que os partidos políticos sexan capaces de analizar, con certo rigor, o seu grao de responsabilidade nesta circunstancia, que para nada beneficia o normal funcionamento da democracia e da estruturación do País. (Continuará).
PRAZA_14112
Penso nos catrocentos euros ós que se ten ou non dereito e acórdanseme os catrocentos golpes e Antoine Doinel, a perda de enerxía, o conformismo. No pouco que nos queda para aceptar calquera opción coma animal de compaña. E que recuperar ese espazo no sofá familiar sexa un estigma de fracaso permanente e non un xeito de tomar impulso. Cantas tarefas para este outono.
Agosto é lento e preguiceiro. Pasa polas follas do calendario coa lenta coreografía dos caracois, fachendoso, despregando a sensualidade exquisita que teñen as contas atrás. Agosto sempre é para min un mes de persianas baixadas, de saber que existen outros veráns, mediterraneamente falando, de non poñer etiquetas, de follas en branco, de reencontros pero non de fuxidas. Durante todos eses días de perfís alongados, de sabor a sal, de xeados e tebeos, todo o que tiña que ver coa escola quedaba lonxe, desdebuxado e impreciso Os que non saímos ningures neste mes onde á todo se lle da o peche ou a volta, temos unha íntima e sorrinte convicción de que as cidades fan coma esas irmáns maiores que tiñan que entreterte de pequeno e rebuscaban nos caixóns, nos faiados e baúis en busca de xogos diferentes. Estirando un pouco máis aquela efímera anarquía, nos deixaban quedar de pé ata tarde e desfacer o pulcro ordeamento de horarios e obrigas do inverno. Durante todos eses días de perfís alongados, de sabor a sal, de xeados e tebeos, todo o que tiña que ver coa escola quedaba lonxe, desdebuxado e impreciso. Sometíamos a un desterro radical ós cadernos, as carteiras cos libros de texto, as gomas e os lapis e quedaban a vivir alí, nunha burbulla que voaba sen presa, a ritmo de sesta e músicas suaves. E en canto abandonabamos ese paraíso, sempre coa rapidez dunha volta nos cabaliños estáticos do carrusel da feira ou dos coches de choque, aquela afastada burbulla ía achegándose cada vez máis e máis. E volvían de novo as katiuskas e os deberes de última hora. Coma sempre. Hai xa tempo que as vacacións non son tal. Non só porque sexan cada vez máis cortas, senón porque saben cada vez máis a laboratorio de probas, a campo minado ou a xadrez onde os peóns, os pobres e diminutos peóns, somos nós. Nós, os que asumimos o recorte de dereitos sen case chistar. Os que voltamos atrás nunha versión un tanto postmoderna de incribles homes e mulleres minguantes. Adultos infantilizados, castigados sen motivo, empobrecidos: esa é a volta ó cole. Adultos infantilizados, castigados sen motivo, empobrecidos: esa é a volta ó cole Alguén dicía o outro día que moito peor que non irse de casa dos pais antes dos trinta e tantos era voltar ós cincuenta. Quizais espertar de novo ollando ó papel pintado da parede setenteira xa non é unha opción: pode ser algo conspiratorio, case un xeito de establecer unha comuna subversiva e perigosa. Penso nos catrocentos euros ós que se ten ou non dereito e acórdanseme os catrocentos golpes e Antoine Doinel, a perda de enerxía, o conformismo Penso nos catrocentos euros ós que se ten ou non dereito e acórdanseme os catrocentos golpes e Antoine Doinel, a perda de enerxía, o conformismo. No pouco que nos queda para aceptar calquera opción coma animal de compaña. E que recuperar ese espazo no sofá familiar sexa un estigma de fracaso permanente e non un xeito de tomar impulso. Cantas tarefas para este outono.
NOS_29880
Representantes da Comunidade de Madrid son moi críticos co papel do ministro de Sanidade, Salvador Illa, na decisión de confinar a comunidade. Os políticos lamentaron que non se permitise o levantamento das restricións á mobilidade hoxe mesmo.
As persoas á fronte da Comunidade de Madrid, volven escribir un capítulo no enfrontamento aberto co Ministerio de Sanidade polas decisións que impuxo este último para intentar frear a vaga de contaxios na rexión. "Non podemos pasar cada día dun criterio de incidencia acumulada segundo como se levante o ministro", afirmou hoxe o conselleiro de Sanidade do Goberno autonómico de Isabel Díaz Ayuso, Enrique Ruiz Escudero. Así se manifestou após coñecer a negativa de Illa a levantar o estado de alarma que pesa sobre Madrid desde o venres (grazas a un Consello de Ministros ao que houbo que recorrer trala denuncia da Comunidade ante a Xustiza por un defecto de forma) até que a incidencia acumulada do virus nos últimos 14 días sexa de 200 casos, ou mesmo só 100, por cada 100.000 habitantes. Desde o punto de vista do político, o Ministerio xa tería que estar a aplicar os mesmos criterios que impuxo en Alcalá, unha localidade que non está en estado de alarma. Ruiz Escudero resaltou que o dato do seu departamento "elaborado, contrastado, transparente" fala de 457 casos por 100.000 veciñas e veciños en toda a comunidade na semana do 5 ao 11 de outubro e de 460 na cidade de Madrid. O representante do Executivo autonómico defendeu as súas estatísticas ante os medios malia que non encaixen coas que ten o ministro Salvador Illa. "Quen detecta aos contaxiados é a Consellaría de Sanidade, quen sube eses datos á aplicación é a Consellaría de Sanidade", finalizou. Neste sentido, criticou a Illa e pediulle unhas medidas "homoxéneas" e "contrastadas a nivel técnico" para que todos os territorios sexan iguais.
QUEPASA_589
A Deputación impulsa con 26.342 euros o acondicionamento dunha vía no núcleo de Lires
Achégase o Día Internacional da Muller, e as Galegas8M xunto cos colectivos feministas da comarca teñen preparado unha serie de actuacións. De feito, a CIG xa ten convocada xa unha folga e unha manifestación en Carballo para o propio 8 de marzo, mentres Buserana espera a ver a situación sanitaria para convocar outra en Cee. Nesa tesitura, dende o BNG de Cee levan unha moción ao pleno para "expresar e recoñecer as convocatorias do feminismo galego autoorganizado, demandar do goberno central o aumento dos recursos destinados á inspección laboral e a súa transferencia á Comunidade autónoma galega e da Xunta de Galiza o impulso da creación dun corpo específico de inspección laboral que teña competencia para realizar inspeccións aleatorias para testar a existencia ou non de discriminacións por razón de xénero". O grupo considera que a "pandemia fixo visíbel o papel esencial das mulleres para o sostemento da vida e aqueles traballos esenciais para a sociedade". De aí que tamén pida acordo plenario para "instar á Xunta de Galiza a asumir as súas competencias en materia de atención á dependencia". Concretamente pide " incrementar nomeadamente o financiamento que achega ao sostemento do Servizo de Axuda no Fogar para cubrir o custe real da prestación do servizo así como a modificación da actual normativa para que as empresas que vulneren os dereitos laborais e salariais das traballadoras non poidan concorrer aos procesos de licitación". Pequenas obras en Lires Pendentes das obras nas beirarrúas, a Deputación anuncia unhas pequenas obras, por 25.000€, nunha pista próxima á casa reitoral de Santo Estevo e ao Camiño de Santiago de Fisterra e Muxía e consistirán na súa pavimentación, reconstrución dun muro e mellora da intersección no final do camiño. Unha obra do POS 2020. As obras atópanse en fase de licitación e as empresas poderán presentar ofertas ata o 11 de marzo de 2021. O prazo de execución das mesmas é de 6 meses.&Nbsp;Novas do 8m. Outras novas Lires terá beirarrúas. O camiño inadaptado de Lires.
NOS_38961
O president demanda por carta a Rajoy un acordo para un referendo vinculante. Ao tempo, convoca a CiU, ERC, ICV-, CUP e PSC para tantear a baza das plebiscitarias.
Sen pausa. O president da Generalitat non semella estar disposta a deixar pasar o tempo. Nin 48 horas despois do peche de urnas do 9N, Artur Mas remitiu unha carta a Mariano Rajoy na que lle demanda un acordo para convocar un referendo vinculante en Catalunya. Mentres, coa outra man, Mas convoca unha rolda de conversas con todas as formacións catalás que votaron a prol da lei de consultas, isto é, CiU, ERC, IC-V, CUP...e PSC. Uns contactos para, afirmou, "escoitar propostas" e "valorar" o consenso sobre como empegar as eleccións cara á "consulta definitiva". Esas palabras, "consulta definitiva" proliferaron na súa intervención desta cuarta feira. "Catalunya precisa poder facer a consulta definitiva", asegurou, engadindo: "e as eleccións son o instrumento para poder facer esa consulta definitiva". Mas considera que "a xente en Catalunya gañou a pulso ter neste país o que é normal: unha consulta con todas as garantías". Para atinxir ese obxectivo, dixo, "quizás non nos quede máis remedio que facer unhas eleccións".
PRAZA_11030
A xuíza di agora que ten a "sospeita razoada" de que os membros de Unidas Podemos aos que quixo imputar son membros do Congreso e, daquela, a competencia para investigalos é do Supremo. Mentres, os sindicalistas sinalados comezan este martes a declarar na Coruña
A titular do xulgado de instrución número 25 de Madrid, Raquel Robles, decidiu deixar en suspenso a citación como investigados dos tres deputados de Unidas Podemos, entre eles os galegos Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, aos que chamou a declarar por un delito de atentado á autoridade nunha protesta do persoal da empresa Alcoa o pasado marzo. A xuíza tomou a decisión de "desistir" das súas declaracións ao ter agora a "sospeita razoada" de que son parlamentarios e que, daquela, a competencia para investigalos é do Tribunal Supremo por seren aforados.A xuíza di agora que ten a "sospeita razoada" de que os membros de Unidas Podemos aos que quixo imputar son membros do Congreso e, daquela, a competencia para investigalos é do SupremoAsí o aseguran fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid consultadas por eldiario.es, que non explican que levou á maxistrada a tomar decisión nin dan detalles de como tivo coñecemento "fehaciente" da súa condición de deputados e dar marcha atrás. O atestado policial no que baseou a súa investigación e que se remitiu ao xulgado o 28 de marzo, o mesmo día que se produciron os incidentes preto do Congreso dos Deputados, facía fincapé múltiples veces nesa condición. Tamén son acusados no procedemento dous sindicalistas que declaran este martes na Coruña.Os deputados non dan lexitimidade ás citacións, polo que non están a responder aos primeiros requirimentos que fixo a xuíza, informa dende o grupo. Rafael Mayoral, tamén citado como imputado, foi chamado a declarar o pasado mércores 18 de setembro, aínda que non acudiu. Antón Gómez-Reino estaba citado este martes para declarar por videoconferencia nun xulgado da Coruña e tampouco tiña previsto presentarse, mentres que Yolanda Díaz non recibiu ningunha citación.Os sindicalistas sinalados comezan este martes a declarar na CoruñaTras a súa citación como investigados, o grupo de Unidas Podemos solicitou a "comparecencia urxente" do ministro do Interior en funcións, Fernando Grande-Marlaska, para que explique no Congreso o que consideran unha "persecución política" previa ás eleccións do próximo 10 de novembro. "Este caso de policía política e de reactivación das cloacas do Estado é un ataque ao sistema democrático do que o ministro do Interior ten que vir render contas", asegurou Mayoral. O deputado lembrou os informes apócrifos que en 2016 golpearon a Podemos mentres negociaba un Goberno co PSOE e ante outra inminente repetición electoral.Grande-Marlaska nega influencia política neste proceso mentres Unidas Podemos reclama a súa comparecencia ao respectoGrande-Marlaska subliñou que os axentes da Policía Nacional non realizaron "un informe ad hoc" nin imputaron ningún delito nas súas actuacións remitidas á autoridade xudicial. O pasado venres, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, asegurou que o atestado narra o ocorrido "como todos os desas características" e que foi remitido á autoridade xudicial para que "fixese a valoración pertinente". "Os policías non fan ningunha imputación, que isto quede claro", agregou.Os feitos investigados remóntanse ao pasado 28 de marzo de 2019, cando varios centenares de traballadores de Alcoa en Galicia en Asturias, cuxas factorías estaban daquela en risco de peche, se trasladaran a Madrid a manifestarse fronte ao Congreso dos Deputados. Un cordón de antidisturbios da Policía Nacional impedíralles o acceso ás inmediacións do Parlamento e un grupo de deputados do daquela grupo Unidas Podemos-En Comú-En Marea achegárase a amosar o seu apoio á protesta e reclamar a implicación do Goberno na solución.
PRAZA_4662
As renuncias a culminar os procedementos legais contra os maltratadores aumentaron un 10% no terceiro trimestre de 2013, un dato "especiamente preocupante" que leva o Observatorio contra a Violencia de Xénero a reclamar máis medidas administrativas e xudiciais.
Violencia machista sen tregua. As primeiras semanas do 2014 foron especialmente duras para o que a Marcha Mundial das Mulleres define como "mortes de segunda clase", isto é, os asasinatos de mulleres ás que, censuran, se segue considerando "cidadás de segunda". As agresións machistas levaran por diante a vida de sete mulleres en apenas catro días nun contexto no que a crise económica se revela como un obstáculo máis para saír do círculo da violencia, máis aínda cando as recortadas axudas para axudar á independencia económica deixan fóra a sete de cada dez vítimas. Neste contexto, os datos máis recentes indican que Galicia vai no sentido contrario ao resto do Estado e aumentan as denuncias por violencia machista, pero tamén as renuncias a culminar o proceso legal contra os maltratadores. O Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, órgano dependente do Consello Xeral do Poder Xudicial, vén de facer públicos os datos correspondentes ao terceiro trimestre de 2013 e deles tírase que as denuncias por agresións machistas se incrementaron un 5% a respecto do mesmo período do 2012, chegando a 1.379. Non obstante, o que puidera ser interpretado como un aumento das vítimas que queren ou poden dar o paso de tentar frear os seus agresores pola vía legal vai parello a outro dato que preocupa especialmente no Observatorio: as renuncias. Nese trimestre 93 vítimas decidiron paralizar o procedemento contra o maltratador, son un 10,7% máis que doce meses antes. As renuncias a culminar o proceso legal contra o maltratador medraron case un 11% Nese terceiro trimestre do ano que vén de rematar en Galicia ditáronse 246 ordes de protección, exactamente as mesmas que un ano antes, se ben foron solicitadas 9 máis. A maioría, 216, foron solicitadas polas propias vítimas, 22 pola Fiscalía e 8 foron adoptadas de oficio. Estes datos prodúcense nun contexto no que Galicia segue por baixo da media estatal na taxa de denuncias por violencia machista: son 4,99 por cada 10.000 mulleres fronte ao 7,02 da media estatal. No entanto, o país está por riba da media na ratio de ordes de protección en relación ás denuncias: un 27,27% fronte ao 25,87% do Estado. Violencia machista no terceiro trimestre de 2013 Denuncias Total Renuncias Denuncias por cada 10.000 mulleres Ratio denuncias/renuncias Ratio ordes/denuncias 1.379 93 4,99 6,74% 27,27% Ordes de protección Incoadas Adoptadas % Denegadas % 376 246 65% 130 35% Indicadores como o aumento das renuncias aos procedementos iniciados por violencia machista fan que dende o Observatorio se vexa a situación como "especialmente preocupante" e insista na "implementación de medidas e ferramentas xudiciais" para combatir o maltrato por razón de xénero. As institucións públicas, reiteran, deben coordinarse para "facer máis eficaces as medidas de protección das vítimas e, particularmente, dos seus fillos e fillas" nun contexto no que, tan só nos tres meses analizados, se rexistraron en Galicia 1.552 delitos relacionados con agresións contra mulleres; un deles foi un homicidio e máis de 1.000, lesións.
NOS_55162
A extensión de medidas a Meis e Sanxenxo obedece a que "contribúen ao aumento da incidencia na comarca", superior ao conxunto do país.
A Consellería de Sanidade xustifica as restricións no municipio do Barco de Valdeorras por presentar a taxa acumulada de Covid-19 a 3, 7 e 14 días "máis alta que a do conxunto da comarca e do conxunto da Galiza", ao que suma o feito de que están activos "varios gromos na actualidade" e que "os indicadores de risco da comarca mostran algunha característica de alto risco, como a porcentaxe de PCE positivas entre os contactos estreitos dun caso confirmado". A iso, segundo indica Sanidade nunha orde publicada no Diario Oficial de Galiza (DOG) na noite a cuarta feira, recollida por Europa Press, suma "algunha característica de risco medio, como a porcentaxe de novos casos previamente en corentena" o que, a xuízo da Consellería, "fai recomendable establecer medidas restritivas neste concello". Deste modo, o informe do comité clínico recomenda, explica Sandiade, restricións respecto ao tamaño dos grupos, cun máximo de dez persoas para non convivientes; limitacións de capacidade en establecementos comerciais, hostalaría e restauración; limitacións para a celebración de eventos e restricións respecto de festas, verbenas ou actuacións. En concreto, considera que as medidas tendentes a limitar os grupos de persoas para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados e as limitacións para festas, verbenas ou outros eventos populares e multitudinarios "deben adoptarse para todo o ámbito do concello do Barco" debido ao "risco asociado a elas e a idade da poboación a que está a afectar de forma predominante o virus este momento". O Salnés Sobre O Salnés, noutra orde publicada no DOG, recollida por Europa Press, Sanidade sinala que a taxa acumulada a 3,7 e 14 días no total desta comarca "foi aumentando no tres últimas semanas, a expensas fundamentalmente dos casos de Vilagarcía e Vilanova de Arousa, que xa teñen medidas de control adoptadas", desde o pasado venres. Pero para o comité clínico "os concellos de Meis e Sanxenxo tamén contribúen ao aumento da incidencia na comarca, que é superior ao do conxunto da Galiza". Así, segundo a investigación epidemiolóxica, os concellos de Vilagarcía e Vilanova, ademais do de Meis, "teñen casos primarios e secundarios dun brote nunha industria cárnica", en relación a polo menos 110 casos detectados vinculados a Avigal (radicada en Cambados). No caso de Sanxenxo, sinala Sanidade que conta con "brotes familiares que levan acumulándose desde finais de agosto". "Ademais todos os indicadores atópanse en risco algo, excepto os de porcentaxe de positividade e o número de pacientes ingresados que se atopan en risco medio". Para os expertos sanitarios a situación "pode ser controlada se se establecen as medidas adecuadas", polo que o informe "recomenda continuar coas restricións vixentes actualmente en Vilagarcía e Vilanova de Arousa e estender estas a Meis e Sanxenxo. A Xunta insiste en que as medidas "deben seguir sendo obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación desta orde". Ourense En relación á situación do municipio de Ourense, Sanidade indica noutra orde que a taxa de incidencia a sete días "duplica a do conxunto da Galiza calculada para estes mesmos días". A investigación epidemiolóxica apunta a que se debe "fundamentalmente a brotes familiares, que ademais están a provocar a aparición de casos en colexios". "O gromo no concello de Ourense non está a evolucionar claramente en sentido positivo, xa que a incidencia segue aumentando e hai un alto número de ingresos". Ademais, os grupos de maior idade "están moi afectados", avisa Sanidade, "o que pode implicar un serio risco para estas persoas". A Consellería lembra que na actualidade Ourense xa está suxeito a restricións e delimitáronse zonas da cidade onde "se detectaba unha maior agrupación dos casos" e nos que se estableceron medidas "aínda máis restritivas" relativas a aforamento. Deste xeito, recalca que "este brote segue tendo características de alto risco". A Coruña Por outra banda, desde esta quinta feira Sanidade elimina as medidas restritivas no municipio da Coruña porque a "situación mellorou" e a súa taxa "xa está por baixo da acumulada total da Galiza a 3-7-14 días".
PRAZA_17048
Trátase de Luciano Méndez, denunciado hai dous anos polos comentarios sexistas que realizaba nas súas clases de Matemáticas. Desta volta cuestiona que neste caso houbera violación e acusa a vítima de presentar unha denuncia falsa. A Universidade destaca que "non pode tolerar actitudes ou actuacións que menoscaben a dignidade da persoas e os dereitos fundamentais"
Hai dous anos Luciano Méndez Naya, profesor de Matemáticas da USC, foi denunciado polos comentarios machistas realizados nunha clase a unha das súas alumnas ("xa che dixen o primeiro día que me desconcentraba o teu escote" ou "empéñaste en traer escote ata o embigo"). Unha vez que a alumna protestou ante a universidade, o docente reafirmouse na súa actitude a través dos medios de comunicación ("vai seguir alterándome un escote excesivo"). O profesor foi obxecto de protestas por parte do estudantado e a USC foi acusada de manter unha actitude excesivamente tolerante coa actuación de Méndez Naya, castigado unicamente cunha sanción de dous meses sen emprego e soldo, pero que mantivo as súas horas de clase. As e os estudantes que protestaran contra el tamén recibiron un expediente disciplinario. Trátase de Luciano Méndez, denunciado hai dous anos polos comentarios sexistas que realizaba nas súas clases de Matemáticas Agora, o profesor volve estar no centro das críticas despois de que hai uns días publicara a través de Facebook un vídeo no que pide a libre absolución dos cinco integrantes de 'La Manada', considerando que non houbo violación, senón sexo consentido, e acusando á vítima de ter presentado unha denuncia falsa. No vídeo afirma que "a tipa sabía ao que ía e goza da situación" e que "se deixa facer". Afirma, igualmente, que "se a lei é moi dura cos homes haberá mulleres que se aproveiten". E sinala que non lle "parece ben" que "a píldora se lle dea a calquera borracha que chegue pedíndoa". "Aínda que que non lle guste ao feminismo radical, que quere píldoras abortivas para o almorzo", engade. No vídeo cuestiona que houbera violación e acusa a vítima de presentar unha denuncia falsa A Universidade de Santiago vén de difundir un comunicado no que "condena as declaracións realizadas polo profesor Luciano Méndez Naya" e apunta que "está a estudar as actuacións que forman parte dos seus procedementos internos e a valorar a adopción das medidas correspondentes". "A USC, como institución dedicada á formación e á transmisión de valores, non pode tolerar actitudes ou actuacións que menoscaben a dignidade da persoas e os dereitos fundamentais, nomeadamente o da igualdade entre homes e mulleres", conclúe.
NOS_19077
José Mujica non é un político ao uso. É máis ben un símbolo. Primeiro da loita do pobo uruguaio contra a ditadura militar (sofreu anos de cadea e torturas) e despois de despregamento de políticas populares de orientación socialista desde a presidencia do Uruguai (2010-2015). Esta segunda feira mantivo un encontro en Montevideo coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.
Na súa conta twitter, Ana Pontón falou do encontro con Pepe Mujica, o líder histórico da Frente Ampla uruguaia, e enmarcouno nunha "xornada de moitas emocións en Montevideo". Para a dirixente do BNG, Mujica é "un referente ético e político e unha persoa de grande humanidade e humildade". Alén de manter un encontro co ex presidente uruguaio, Pontón participou con el e co intelectual e activista brasileiro Frei Betto nun simposio intitulado Esquerdas. Soberanía e globalización, organizado polo Movimento de Participación Popular, unha das organizacións integradas na Frente Ampla. "É chave situar o debate da esquerda a nível europeu e internacional. Pór en marcha marcos que nos permitan avanzar. É necesario recuperar unha esquerda que teña clareza ideolóxica agora que hai unha ofensiva brutal da dereita", afirmou neste foro a líder do BNG. "Sen soberanía para os pobos no hai democracia", acrecentou a voceira nacionalista, quen puxo o acento na existencia de "moitos elementos en común entre a esquerda latinoamericana e o BNG". Alén diso, resaltou, "a soberanía ten que ser feminista e ambientalista". Pontón aproveitou a súa presenza no simposio para explicar o modelo do BNG —"somos como a Frente Ampla, unha organización frentista"— e enfatizou a súa condición de forza política "que representa unha nación sen estado". "A nosa é unha loita democrática. Pensamos que un estado que non asume a plurinacionalidade é un estado falido", acrecentou. "Sen soberanía para os pobos non hai democracia", dixo Ana Pontón, quen ve "moitos elementos en común entre a esquerda latinoamericana e o BNG" Confesouse moi "emocionada" por estar en Montevideo. "Esta é unha terra que sentimos como parte de Galiza. Unha terra que acolleu moitas galegas e galegos na época en que non había traballo no noso país e tamén moitas persoas exiliadas durante o franquismo. Unha terra que nos abriu os brazos cando a ditadura asasinaba no noso país. Ese agradecimento ímolo levar sempre no noso corazón", dixo. A participación neste foro de Pontón, acompañada en todo momento pola eurodeputada Ana Miranda, fai parte do amplo programa da súa viaxe a Uruguai e a Arxentina —que inclúe tamén unha entrevista co presidente Tabaré Vázquez, alén de varios encontros coa diáspora galega—, que a manterá en terras americanas até o próximo 2 de decembro cando tome un avión en Bos Aires rumo a Galiza.
PRAZA_15841
As entidades contrarias á continuidade da pasteira anuncian que loitarán "social, politica e xudicialmente" contra a decisión. APDR e Salvemos Pontevedra ven "prevaricación" na resolución do Executivo en funcións. Chaman ao futuro Goberno a derrogar a prórroga. Portas xiratorias en ENCE. Quen é quen CRONOLOXÍA: ENCE 2073, da promesa do traslado ao traxe á medida para a permanencia Xunta e Ministerio botan balóns fóra: "É unha decisión que escapa do Goberno"
Xunta e Ministerio botan balóns fóra: "É unha decisión que escapa do Goberno" Dende a apertura da planta de ENCE en Pontevedra, sobre todo trala fin da ditadura franquista, a oposición de colectivos ecoloxistas e sociais á actividade da pasteira foi unha constante na comarca. ADEGA ou ALBE (Asociación de Biólogos) abriron camiño nos anos setenta e oitenta, e máis adiante a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) e Salvemos Pontevedra levaron a cabo un importante traballo de mobilización social e de batalla xurídica contra a continuidade da factoría en Lourizán. O obxectivo era o traslado da contaminante fábrica a outra localización, un traslado que polo seu custe -ao redor de 700 millóns de euros- nunca interesou aos seus propietarios. O inicio da pasada década estivo marcada pola loita política, legal e social entre a empresa e os colectivos contrarios á presenza da pasteira na ría, apoiados polo Concello de Pontevedra A Lei de Costas de 1988 púxolle data de caducidade (o 29 de xullo de 2018), fixando un prazo máximo de 30 anos para as instalacións titulares de concesións de dominio público marítimo terrestre outorgadas con anterioridade a esa norma. A empresa, sobre todo unha vez que se completou o proceso de privatización en 2002, tentou por todas as vías posibles continuar en Lourizán. O inicio da pasada década estivo marcada pola loita política, legal e social entre a empresa e os colectivos contrarios á presenza da pasteira na ría, apoiados polo Concello de Pontevedra, e pola batalla ao redor do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal concedido por Manuel Fraga en exclusiva para ENCE. Houbo un momento en que se comezou a dar por sentada a marcha de ENCE en 2018, defendida mesmo polo Partido Popular. En consecuencia, a mobilización social arrefriou un chisco. Porén, os movementos que comezaron a producirse en 2012, unha vez que os populares regresaron ao Goberno central, incrementaron o nivel de alerta da sociedade pontevedresa. O cambio de posición da formación conservadora comezou a visibilizarse coa prórroga concedida a Elnosa, que debía finalizar a súa actividade en 2014 e que agora -en principio- chegará ata o 2017. A viraxe sobre ENCE foi completándose ao longo de 2015. A APDR e Salvemos Pontevedra, a Plataforma 2018 e a Plataforma Ence Fóra buscaron asegurar nos últimos anos que ENCE cumprise o compromiso de abandonar Lourizán en 2018, a través de varias batallas xudiciais abertas (renovación da Autorización Ambiental Integrada, caducidade da concesión, incumprimentos medioambientais...) e a convocatoria dalgunha manifestación (en 2015, en 2014, en 2013, en 2012...). A renovación da concesión ata o 2073, decretada polo Goberno central en funcións, muda o obxectivo desta mobilización. O horizonte xa non é 2018, agora é 2073, e as entidades sociais e institucións opostas á continuidade de ENCE en Pontevedra van tentar por todos os medios ("social, politica e xudicialmente", como subliñou xa a Plataforma Ence Fóra) botar abaixo a prórroga anunciada este luns. Hai moitas vías posibles, pero non será doado. O horizonte xa non é 2018, agora é 2073, e as entidades sociais e institucións opostas á continuidade de ENCE en Pontevedra van tentar por todos os medios botar abaixo a prórroga anunciada este luns Os colectivos que conforman a Plataforma Ence Fóra celebrarán este martes unha xuntanza (20 horas, local social da Federación Veciñal Castelao) para fixar as estratexias a adoptar no futuro inmediato. Por unha banda está a resposta social e aínda que polo de agora aínda non se tomou ninguna decisión concreta, barállase a convocatoria dunha gran manifestación en protesta pola continuidade prevista da pasteira ata o ano 2073. Neste senso, o presidente da Federación Castelao, Juan Loureiro, fixo un chamamento á cidadanía para que "se rebele" e para que "non de por finiquitada a loita pola recuperación de ría, polo futuro de Pontevedra e a súa comarca". APDR e Salvemos Pontevedra fixeron fincapé en que a concesión da prórroga podería incorrer nun delicto de "prevaricación", pois "chega cando está sen decidir definitivamente o expediente de caducidade da concesión de Lourizán" Outro camiño é o xudicial. A Plataforma Ence Fóra salientou este luns que a decisión do Ministerio aínda "non é firme" e que será recorrida. Tanto a APDR coma Salvemos Pontevedra, ao igual que algunhas forzas políticas, fixeron fincapé en que a concesión da prórroga podería incorrer nun delicto de "prevaricación", pois "chega cando está sen decidir definitivamente o expediente de caducidade da concesión de Lourizán", como sinalou Antón Masa (APDR). Neste senso, Salvemos Pontevedra destaca que a decisión adoptada polo Goberno en función é a culminación dun proceso seguido nos últimos dous anos, no que o PP "se negou a dar cumprimento á sentenza do Tribunal Supremo do 11 de xullo de 2014, que condenaba á Administración á incoación do expediente de caducidade da concesión e á adopción de todas as medidas legalmente contempladas para a paralización das actividades e suspensión do uso e explotación das instalacións". ADEGA, ao igual que outras entidades, poñen o foco en que un Executivo en funcións non pode adoptar decisións deste tipo e que viola o artigo 21 da Lei 50/1997, que limita os actos dos gobernos nesta situación e só recolle como excepcións "casos de urxencia debidamente acreditados ou por razóns de interese xeral". A asociación ecoloxista sinala que só isto abriría a posibilidade de impugnar a prórroga. A outra vía é a política, tendo en conta sobre todo a posibilidade de que o PP quede fóra do Goberno que se forme cos resultados das eleccións do pasado 20 de decembro. Este mesmo luns a tenente de alcalde do Concello de Pontevedra, Carme da Silva, afirmaba que lle pedirán ao novo Goberno central e aos partidos que o apoien a revogación da prórroga da concesión. Unha reclamación que tamén facía Xavier Vence, voceiro nacional do BNG, e sobre a que Antón Sánchez (vicevoceiro de AGE) sinalou que o seu grupo "presentará no Parlamento galego unha iniciativa instando ao goberno do Estado a que proceda á revisión de dita resolución e a deixala sen efecto". Podemos destaca que "o Goberno do cambio está a chegar e con iso virá a derrogación desta ultraxe á sociedade de Pontevedra" Podemos, pola súa banda, destacaba que "o Goberno do cambio está a chegar e con iso virá a derrogación desta ultraxe á sociedade de Pontevedra". A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, puxo neste senso a revisión da prórroga de ENCE como unha condición necesaria para poder chegar a un pacto co PSOE para a formación de Goberno. E Marea Pontevedra sinalou que esta situación "demostra a urxencia dun goberno de progreso e o perigo de manter durante máis tempo un goberno do PP". Mentres, ADEGA apuntaba que "está por ver cal podería ser o custo para o erario público desta prórroga ilegal e fraudulenta, habida conta de que coa concesión na man e supoñendo unha futura revogación administrativa e/ou xudicial, ENCE podería reclamar fortes indemnizacións por lucro cesante". "Daquela, canto valería unha ría para un goberno de progreso?", preguntábase. Portas xiratorias en ENCE. Quen é quen CRONOLOXÍA: ENCE 2073, da promesa do traslado ao traxe á medida para a permanencia
NOS_43164
A eurodeputada Ana Miranda denuncia que o dereito á negociación colectiva queda en "papel mollado" nas entidades financeiras intervidas con fondos públicos
O BNG vén de solicitar á Comisión Europea que adopte medidas para evitar que o rescate de entidades financeiras, como NG Banco, afecte aos dereitos das e dos traballador@s, alén de estaren vencellados a drásticos recortes de emprego. A intervención supón, afirma a organización nacionalista, socializar as perdas con cargo a toda a cidadanía e reducións no cadro de persoal que deixan sen traballo centos de persoas. Desde o punto de vista laboral, tanto a normativa europea como a estatal estabelece o dereito da cidadanía da UE á negociación colectiva, que corre o risco "de ser papel mollado", denuncia a europdeputada Ana Miranda, "tendo en conta que Comisión, Banco Central e goberno español pretenden que os recortes de persoal se aproben a través dos plans de recapitalización, ao marxe dos representantes d@s traballador@s, o que deixa sen efecto o dereito de negociación colectiva". "Destinamos recursos públicos para rescatar entidades financeiras que supoñen despedimentos masivos, sen que os representantes dos traballadores que quedan no paro poidan ter un papel efectivo nas condicións deses drásticos axustes do cadro de persoal", denuncia a eurodeputada.
NOS_7024
O cantante español grava en diferentes espazos da provincia. Baltar mostrouse confiado en que a repercusión "sexa mundial".
O cantante Alejandro Sanz grava o primeiro videoclip do seu novo traballo na provincia de Ourense nunha iniciativa que en parte estará financiada pola Deputación de Ourense con até 18.000 euros. O presidente da entidade provincial, Manuel Baltar, dixo que estes cartos serán para cuestións de carácter "loxístico" e agradeceu a Sanz o convite feito "hai tempo" de vir a Ourense. Baltar mostrou o seu desexo de que este videoclip repercuta positivamente na provincia e de que teña "impacto mundial". O cantante chegou a Ourense a semana pasada e aloxouse en sitios como o mosteiro de Oseira. Antecedentes: Xunta e Enrique Iglesias En decembro saíu a nova de que a Xunta de Galiza cifraba nun tope de 350.000 euros o que ía pagar por un video do cantante Enrique Iglesias rodado en Compostela. A Coruña e Lugo, entre outros emprazamentos.
NOS_1071
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu recoñece a traxectoria do actor.
Luis Zahera recibirá o Premio Cinema Galego no 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá entre o 6 e o 14 de setembro. Ademais, o público do FICBUEU 2019 poderá coñecer de primeira man a intensa traxectoria do actor compostelán no Encontro con Luis Zahera, que terá lugar o sábado día 7 no Centro Social do Mar, a partir das 18 horas. Zahera entrou nos fogares galegos a finais dos anos 90 como o mítico taberneiro "Petróleo" de Mareas vivas e a día de hoxe conta cun amplo percorrido en televisión, teatro e cine, onde interpretou memorábeis secundarios. Concursante, Celda 211 ou Que dios nos perdone son algunhas das longametraxes que inclúe o seu currículum, aínda que no último ano cómpre destacar o seu papel maxistral na película El reino, de Rodrigo Sorogoyen, que lle valeu un Goya ao mellor actor de reparto. Ten pendente de estrea asemade Mientras dure la guerra, filme dirixido por Alejandro Amenábar. No entanto, non deixou de traballar en series de éxito, como Sin tetas no hay paraíso ou a recente Vivir sin permiso. O Encontro con Luis Zahera porá de relevo unha das facetas máis descoñecidas da súa carreira coa proxección de tres traballos curtos. A curtametraxe O matachín, dirixida por Jorge Coira en 1996 e protagonizada por uns novísimos Zahera e Luis Tosar, está xa considerada un clásico do audiovisual galego. Marina, de Álex Montoya, é unha obra de 2010, pois o homenaxeado nunca deixou de traballar neste xénero. A sesión completarase cun capítulo de Entre pipas, a singular webserie que coprotagoniza canda Xúlio Abonjo.