ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_17247
Os tres sindicatos que aínda quedaban no comité de folga desconvocan o paro tras a publicación no DOG do acordo entre Xunta e outras tres centrais e logo de case catro meses. CUT, STAJ e CIG meditan "impugnar" o pacto coa Xunta pero do xeito "menos lesivo para os traballadores".
Fin definitiva á folga do persoal da Administración de Xustiza en Galicia. Logo de 114 días e de case catro meses de paro, os tres sindicatos que aínda permanecían no comité de folga decidiron este xoves desconvocala, aínda que deixan aberta a posibilidade de "impugnar" o acordo entre a Xunta e outras tres centrais co que o Goberno deu por "pechado" o conflito a pasada semana. Os tres sindicatos que aínda quedaban no comité de folga deciden desconvocar o paro logo de 114 días e case catro meses Foi, precisamente, a publicación dese acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) este pasado mércores o que levou a Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ e CIG a comunicar a desconvocatoria da folga por rexistro ao Executivo galego. O pacto, subscrito por SPJ-USO, UGT e CCOO e aprobado polo Consello da Xunta a pasada semana, puxera virtualmente fin xa á folga que levaba días cun seguimento testemuñal e unha volta aos poucos á normalidade nun sector no que o paro provocou o adiamento duns 20.000 xuízos e de milleiros de trámites, ademais de importantes descontos nas nóminas dos traballadores, duns 400 euros mensuais de media. "Xa non tiña sentido mantela", din fontes deses tres sindicatos que continuaban nun comité de folga onde, desde un principio e ata hai ben pouco, se mantiñan as sete centrais representativas do sector, que mantiveron unha unidade que rachou a mediados do mes de abril (SPJ-USO, CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO). Entón, o vicepresidente da Xunta e conselleiro responsable da Xustiza, Alfonso Rueda, revelou un acordo con catro das organizacións sindicais que non se aplicou daquela e provocou a división entre os representantes dos traballadores. O pacto decidiu someterse a votación entre o persoal. E saltou a sorpresa. O 53% do funcionariado que participou naquela consulta dixo non ao acordo que catro dos sete sindicatos pactaran. Foi unha votación tensa, con acusacións de presións por parte dos perdedores e euforia entre os vencedores: CUT, STAJ e CIG. Pero a Xunta mantívose firme e non aceptou mudanza ningunha no texto, malia que a súa derradeira proposta fora rexeitada polo persoal. Ante a imposibilidade de cambiar a posición do Goberno, o desgaste dunha folga histórica e a división entre os traballadores, SPJ-USO --sindicato maioritario--, uniuse a UGT e CCOO para aceptar a proposta e asinar o acordo coa Xunta nunha mesa sectorial que o resto das centrais consideraban un foro "ilegal" para o caso ao estar vixente aínda un paro que levaba días suspendido. As tres centrais asinantes representan menos do 50% do funcionariado e asumiron unha proposta rexeitada en votación polo persoal. Pero non había marcha atrás. Sinatura do acordo entre a Xunta e tres sindicatos da Xustiza / © Xunta O amplo e masivo seguimento da folga durante meses quedara xa nun apoio residual e cunha importante división entre o persoal. Os sindicatos que asinaron o preacordo cren que cumpre "co 90% dos obxectivos" marcados no inicio do conflito, mentres que fontes dos que o rexeitan cren que "un movemento histórico como o que houbo non acadou nin a metade do que merecía e pedía". De feito, CUT, STAJ e CIG xa anunciaron que os seus servizos xurídicos, conxuntamente, estudarán a posibilidade de"impugnar" o pacto do xeito "menos lesivo para os traballadores". "Non lles queremos buscar ningún problema aos funcionarios pero queremos estudar se hai maneira de melloralo", din. CUT, STAJ e CIG meditan "impugnar" o acordo coa Xunta pero do xeito "menos lesivo para os traballadores" Que acadou o persoal da Administración de Xustiza en Galicia? Que gañou un colectivo duns 2.700 traballadores neste conflito que comezara xa antes da folga con varios paros nos xulgados? No que ten que ver co soldo, o texto asinado supón un incremento de 140 euros máis mensuais para forenses, 135 para xestores, 127 para tramitadores e 122 para auxilios, a aplicar en tres anualidades. Os funcionarios percibirán o 50% destas cantidades neste exercicio, o 30% en 2019, e o 20% restante en 2020. O aumento está lonxe dos 400 euros máis ao mes que reclamaban os traballadores nun inicio e que rebaixaron axiña a 250 euros, 190, 180 e 140 para todos os corpos, a que foi a última proposta unitaria do comité de folga. Pero tamén das propostas dunha Xunta que teimou en negar máis negociacións e incrementos mentres subía un chisco a oferta en cada xuntanza. De feito, a súa primeira oferta ía dos 27 aos 50 euros segundo o labor do persoal de Xustiza. O acordo supón un incremento de 140 euros máis mensuais para forenses, 135 para xestores, 127 para tramitadores e 122 para auxilios O acordo tamén inclúe a consolidación das prazas de reforzo de máis de tres anos de duración, a creación de novas prazas, melloras nos xulgados, a ampliación do permiso por maternidade e paternidade, así como dos supostos de baixas por enfermidade nos que se percibe o 100% das retribucións. Ademais, a Xunta xa aclarou que en canto se publicase o acordado, o Executivo apurararíase para que os substitutos de traballadores de rango superior cobren a mesma cantidade que estes, para que se habiliten partidas para o reforzo dos xulgados de violencia machista e para que se eliminen os descontos por baixas de incapacidade temporal. Agora queda recuperar todo o aprazado e o ritmo na Xustiza, logo da suspensión de milleiros de trámites e xuízos. A Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) xa acordaron poñer en marcha un plan de traballo que non se prevé materializar, no entanto, ata oo mes de setembro, tras as vacacións de verán. Así o aseguraron o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, logo da reunión da Comisión Mixta que o pasado 22 de maio empezou a definir as necesidades e liñas básicas do plan de recuperación do traballo.
NOS_28312
Segundo a enquisa realizada por Datanálisis o candidato bolivariano conta cunha intención de voto do 49,2%. Fronte a el, o líder opositor Henrique Capriles contaría só cun 34,6% dos apoios.
Os primeiros inquéritos electorais en Venezuela comezan a se facer públicos a pouco menos dun mes das eleccións presidenciais. Neste senso, a empresa de investigación de mercados Datanálisis --vinculada coa entidade financeira transnacional Barclays-- vén de publicar esta segunda feira unha primeira enquisa sobre intención de voto. Nos resultados tirados do estudo desenvolvido do 11 ao 13 de marzo, após rexistrárense as candidaturas no CNE, o presidenciábel Nicolás Maduro avantaxa en máis de 14 puntos ao líder da oposición Henrique Capriles. Neste senso, o 65% do electorado cre que Maduro será o novo presidente da República Bolivariana de Venezuela. A empresa de investigación Datanálisis, que mantén estreitas ligazóns coa dereita venezolana e que chegou a publicar informes contrarios a Chávez durante a súa convalecencia, asegura nos resultados tirados do inquérito que perto do 50% da poboación chamada ás urnas o vindeiro 14 de abril votaría polo candidato do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) entrementres só o 34,6% daría o seu apoio ao líder opositor, Henrique Capriles cuxos resultados se achegarían moito aos colleitados nas presidenciais do pasado ano.
NOS_8737
Denúnciao a CIG, que sospeita que a empresa foi creada para lucrarse de modo fraudulento coa instalación de fibra.
A federación da Construción e Madeira (FCM) da CIG denuncia que varios operarios galegos recentemente incorporados á construtora Camsoar SL, con sede na localidade de Poio, "foron abandonados pola súa empresa no rural alemán, a onde foran mobilizados desde Galiza a pasada semana co pretexto de ocuparse da construción da infraestrutura para a instalación de rede de fibra óptica en áreas rurais do sur xermano". Segundo explican dende a central nacionalista, nada máis comezar a viaxe os traballadores déronse conta de que algo ía mal, "pois nin sequera lles chegaron a asinar o contrato, nin lles abonaron o anticipo prometido de 400 euros por persoa para faceren fronte ao custo do desprazamento". Tras dous días de espera, prosegue a CIG, finalmente iniciaron a viaxe o 25 de novembro ás dúas e media da mañá, "con só 350 euros para afrontar os gastos do desprazamento dos operarios nunha furgoneta e un turismo, que só lles renderon apenas para chegar até Francia". Tras un segundo ingreso de 300 euros, lograron arribar a Alemaña, "onde descubriron que a vivenda prometida estaba en condicións impracticábeis, así como que os traballos consistirían en cavar con ferramentas precarias un mínimo de 100 metros de zanxa ao día". Nestas circunstancias, di a CIG, moitos dos traballadores decidiron abandonar o posto antes de sequera iniciar os traballos, "cando descubriron que a empresa se negaba a ocuparse do seu regreso a Galiza". Desde entón "seguen esperando nunha zona illada do rural alemán novas da súa empresa ou ben das administracións, apoio que por agora foi nulo". De feito, indica a CIG, nin sequera desde o consulado español se fixo nada por resolver a súa situación; "ao contrario, tentaron disuadilos de denunciar publicamente a súa problemática". Sospeitas de fraude A FCM-CIG sinala que Camsoar foi creada hai só dous meses, "o que fai sospeitar que foi creada especificamente para tentar executar unha fraude nesta obra".
NOS_25673
A Cámara galega uniuse esta sexta feira ás mostras de solidariedade e apoio ás vítimas do accidente ferroviario acontecido en Compostela
O Pazo do Hórreo acolleu esta sexta feira unha homenaxe institucional ás vítimas do sinistro ferroviario de Angrois. Cando @s falecid@s suman xa 78, os grupos parlamentares, a presidenta da Cámara, Pilar Rojo e o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, gardaron cinco minutos de rigoroso silencio en solidariedade coas familias e ferid@s no accidente. Xunto @s representantes polític@s atopábanse a ministra española de Fomento, Ana Pastor, o valedor do Pobo, Julio Fernández e o delegado do Goberno na Galiza, Samuel Juárez. Aliás, a deputación permanente da Cámara deu leitura a unha declaración institucional após suspender a súa actividade parlamentar con motivo da traxedia. O texto aprobado por todas as formacións políticas con representación parlamentar recoñece "de maneira especial" o traballo desenvolvido polos servizos de emerxencia mais tamén, polas veciñas e veciños de Angrois que se botaron ás vías para colaborar no rescate das vítimas. Asemade, salientan a solidariedade amosada polo pobo galego Asemade, o poder lexislativo amosou a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas e ás persoas feridas ás que dixeron desexan "a súa rápida recuperación".
PRAZA_14658
O sindicato fai balance da xestión do Goberno de Feijóo que "supuxo un retroceso de dez anos" e "o maior retroceso en dereitos laborais e sociais que se lembra". Pide que "se abra o paso no Parlamento a outras forzas políticas progresistas que acheguen novas ideas e novas prácticas".
Comisións Obreiras chamou este martes aos traballadores e cidadáns galegos a que participen nas eleccións do vindeiro domingo e a votar a opción "que mellor represente os seus intereses" e a aqueles partidos que "estiveron perto dos traballadores, os parados e os pensionistas nestes tempos difíciles e na defensa dos máis desfavorecidos". Para o secretario xeral de CCOO-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, cre que os galegos terán "a posibilidade de decidir" se validan ou non as políticas do PP que, segundo o sindicato, "levan á ruína social". Se non optan pola dereita daranlle "a oportunidade a outras opcións políticas que teñan as persoas como referente". CCOO lembra que os galegos terán "a posibilidade de decidir se validan ou non as políticas do PP" Tanto Sánchez Aguión como a responsable de Emprego de CCOO, Maica Bouza, presentaron unha resolución do sindicato no que se achegan propostas para os partidos, pero na que tamén se insta aos cidadáns a aproveitar "a oportunidade para deter co seu voto os recortes económicos e de dereitos sociais e laborais". CCOO fixo balance da lexislatura, para destacar que desde a chegada de Feijóo á Xunta, os recursos do Goberno caeron case un 30%. Segundo Sánchez Aguión, "hai dúas evidencias: unha é que os investimentos non se destinaron a reactivar a economía, e outra que os recortes non se aplicaron ao gasto superfluo". O sindicato lembra que desde a chegada de Feijóo os recursos do Goberno caeron case un 30% e aumentou o paro en 135.000 persoas Para CCOO, as políticas populares "provocan o maior retroceso en dereitos laborais e sociais que se lembra" e tras o que se agocha un discurso "baleiro e falaz da austeridade" que equivalen a "recortes que prexudican os sectores máis desfavorecidos da cidadanía". "A situación en Galicia é dun retroceso de dez anos", alertou Bouza, que destacou a perda de 135.000 empregos e o incremento da taxa de paro do 13% ao 21%, cun número de desempregados de case 300.000 persoas. Así, advirte de que "o primeiro" que debe facer o Executivo que saia das urnas é "actuar sobre os ingresos públicos" para aumentalos a través do tramo autonómico do IRPF e doutros impostos nos que a autonomía ten competencia. Ademais, instan á nova Xunta a que aposte por manter os servizos públicos e a reactivar o emprego, polo que CCOO propón unha liña "específica" para os parados sen prestación, así como aproveitar nichos laborais como "o emprego verde". Do mesmo xeito, solicita apoio a sectores claves como o textil, o naval ou o automobilístico, para o que será necesario "presionar" no Goberno central. "É desexable ampliar a presenza nas institucións de opcións progresistas, abrendo o paso a forzas con novas ideas e novas prácticas" "Ante o pensamento único de que só hai unha saída, é posible articular políticas distintas", insistiu Sánchez Aguión, que chama a votar porque "a necesidade de consolidar o sistema democrático esixe que nestas eleccións haxa un alto grao de participación". "É desexable, para garantir a saúde da democracia, ampliar a presenza nas institucións políticas de opcións progresistas que reflictan a pluralidade ideolóxica da sociedade, abrendo paso no Parlamento a outras forzas políticas que acheguen novas ideas e novas prácticas", finalizou.
NOS_18071
Baixo o lema 'A voz d@s sen voz' Sermos Galiza desenvolverá un encontro na cidade amurallada esta terza feira ás 20.00 horas na Galería Sargadelos. O 26 de abril, este medio de comunicación cumpre dous anos na rede.
A piques de cumprirmos dous anos, Sermos Galiza volve á cidade de Lugo para presentar o proxecto e partillar achegas e opinións con todas aquelas persoas que gosten de se achegar até a Galería Sargadelos esta terza feira (22 de abril) ás 20.00 horas. O encontro, que se desenvolverá baixo o lema 'A voz d@s sen voz' contará coa presenza do mestre lugués, Antón Castro, e coa do conselleiro delegado de Sermos Galiza, Xoan Costa. A iniciativa ten por obxecto pór en común as experiencias adquiridas ao longo destes dous anos de percorrido, dar a coñecer o diario dixital e o semanario en papel mais tamén, dar voz a todos aqueles colectivos que durante os últimos dous anos centraron a axenda informativa de Sermos Galiza. Estafad@s polo calote das preferentes, familias desafiuzadas, traballadoras e traballadores, tomarán a palabra neste encontro para reflexionar de maneira colectiva a respeito da necesidade de medios de comunicación independentes, veraces e comprometidos co país. O acto contará tamén coa participación do grupo musical Tundal.
NOS_55325
[ACTUALIZADA ÀS 18.37 h]. Não terão sido causas naturais -uma árvore atingida por um raio- as responsáveis pelo maior incêndio da história de Portugal -com um balanço de 64 vítimas mortais-, mais sim uma "mão criminosa". Assim o vê o presidente da Liga dos Bombeiros, Jaime Marta Soares. Aliás, Proteção Civil diz há uns minutos que o fogo de Pedrógão Grande já está "dominado"
Já há dois dias que o autarca [alcalde] de Pedrógão especulou com a hipótese de o incêndio ter como origem não um raio, senão a mão humana. Esta tese achou nas últimas horas um novo respaldo ao ser defendida pelo presidente da Liga dos Bombeiros, Jaime Marta Soares, quem afirmou em declarações ao jornal I que o fogo começou duas horas antes de que se levantase a trovoada seca à que em princípio se atribuiu a propagação do lume. "Eu tenho para mim de que o incêndio teve origem em mão criminosa", disse e a seguir vincou que baseia a sua afirmação numa fonte "muito fidedigna" que se recusou a revelar. Marta Soares não atribui toda a catástrofe ao mal funcionamento do sistema de coordenação do dispositivo anti-incêndios SIRESP (a Rede Nacional de Emergência e Segurança) e garante que a Liga de Bombeiros agirá para saber que foi o que correu mal. Perímetro de 107 quilómetros O fogo em Pedrógão Grande está já sob controle, diz esta tarde o comandante da Proteção Civil, Vítor Vaz Pinto. Isso não significa que o fogo se extinguisse, mais si foi já confinado a um perímetro de 107 quilómetros. Sobre o terreno neste momento estão a operar 2.300 bombeiros, 800 viaturas e 17 meios aéreos.
PRAZA_3728
O xeito en que o PP divulgou un extracto do debate sobre o coronavirus na Deputación Permanente da Cámara incomoda ás forzas da esquerda galega: "Ninguén da oposición cuestionou a solidariedade con outros lugares como Madrid"
"Sobre la pregunta de la oposición acerca de la cesión de respiradores a la Comunidad de Madrid". No serán do pasado xoves, unhas horas despois de que a Deputación Permanente do Parlamento debatese sobre as medidas fronte ao coronavirus, o perfil de Alberto Núñez Feijóo en Twitter divulgou un vídeo de 55 segundos no que defendía a cesión á Comunidad de Madrid de "once aparellos de UCI" para afrontar a crise do coronavirus tras unha petición do Goberno central ratificada pola presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso.Nas horas seguintes e este venres, contas ligadas ao PP e a diversos medios de comunicación interpretaron o acontecido como un ataque da oposición galega en xeral a que a Xunta apoie con material ao principal foco da covid-19 no Estado. Esas interpretacións están a incomodar nas formacións da esquerda, a cuxo xuízo o vídeo divulgado polos populares pretende distorsionar o debatido: que Feijóo aclarase como compatibiliza a queixa de escaseza de material, que a Xunta atribúe ao Goberno de España, coa posibilidade de axudar a outras autonomías en peor situación. [O vídeo íntegro da sesión pódese ver aquí]Na súa intervención, Feijóo dirixíase ao voceiro de Común da Esquerda. E facíao, afirma Antón Sánchez, para "contestar o que ninguén lle preguntou nin criticou". Minutos antes, o que preguntara Sánchez fora "por que, habendo 500.000 máscaras de stock", estas non chegaran aínda "ás residencias da terceira idade, hospitais e centros de saúde". Antón Sánchez: "Ninguén da oposición cuestionou a solidariedade con outros lugares como Madrid""A pregunta -engadiu- é: se estivo tres días seguidos queixándose de falta de material porque non hai suficiente, por que se vai a Madrid? Non é unha pregunta tendenciosa nin capciosa; quero saber se se queixa de falta de material, por que vai a Madrid", finalizara. Do que se trataba, sinala, era de "cuestionar as contradicións previas de Feijóo nos tres días anteriores acerca da falta de material", toda vez que "ninguén da oposición cuestionou a solidariedade con outros lugares como Madrid".Antes, na súa primeira intervención, Antón Sánchez censurara que Feijóo "seguise recriminando falta de material" mentres, ao tempo, "dixo que había un stock de 500.000 máscaras" nos días en que "as profesionais se queixaban de que non chegaban". Conseguir material suficiente "é difícil para calquera goberno" e "por iso, neste momento, non lle recriminamos", matizou, toda vez que "o que toca é traballar entre todas as Administracións para conseguilo o máis rapidamente posible".O xeito en que o PP divulga o acontecido nunha sesión de máis de 3 horas incomodou especialmente tamén nas filas do PSdeG, toda vez que no devandito vídeo, procedente do sinal institucional do Parlamento, aparece durante uns segundos o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, tomando notas do debate. Ante o balbordo xerado, Caballero retrucaba este venres tamén a través das redes sociais para subliñar que "por suposto que alí onde hai necesidades, deben estar os recursos que non son necesarios noutros territorios", pero tamén para recriminar o que interpreta como un "bucle de posverdade".Caballero: "A cidadanía galega é solidaria e a oposición política galega, moito máis leal co goberno de Feijóo que o PP con Pedro Sánchez""En tempos de crise hai quen tenta relatar unha posverdade e xustamente os que recortaron o público e non apostaron pola sanidade pública tentan impoñer os seus relatos falaces", sinala o líder socialista. "Casualmente, enfócanme a min onte, cando Feijóo intervén sobre este asunto en resposta á intervención doutro grupo da oposición. Despois, Feijóo rotula en castelán e empeza a xerar o seu bucle de posverdade", censura. "Algún -conclúe Caballero- tenta xerar un relato nesgado, falaz en moitos aspectos, para poñerse medallas" cando "a cidadanía galega é tremendamente solidaria e a oposición política galega, moito máis leal co goberno de Feijóo que a oposición do PP a Pedro Sánchez", finaliza.Feijóo insinúa que non lles "importa" que "morra xente fóra de Galicia"Co debate lanzado nas redes, a cuestión estivo presenta tamén este venres nas rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta -ofrecida por internet, como nas últimas semanas, e na que os medios puideron formular cuestións pola mesma vía-. Tras unha intervención xeral en galego, Feijóo mudou ao castelán para afirmar que "iso de que se morre xente fóra de Galicia non nos importa (...), nós non estamos de acordo con isto" porque sería "ir contra" os principios "morais e éticos que debe ter calquera persoa", dixo.Feijóo: "Probablemente non os imos necesitar ata a segunda ou terceira semana de abril"A Xunta, asegurou, non vai "practicar" o "sálvese quen poida" a respecto dun material sanitario que, di, "probablemente non imos necesitar ata a segunda" ou "terceira semana de abril" e que "tiñamos nos depósitos". "Que galego non ten un familiar directo ou indirecto que traballa ou estuda en Madrid?", concluíu.Na mesma intervención, e tras insinuar no mesmo pleno do Parlamento que o Goberno central podería estar pedindo a empresas que non vendan material sanitario ás comunidades autónomas, Feijóo foi tamén preguntado por se lle consta que se estean a producir ese tipo de instrucións aos provedores. Malia ser el mesmo quen o xoves lanzou a sospeita na Cámara, este venres Feijóo distanciouse: "Prefiro que estas cuestións se comenten cando remate a emerxencia", dixo, asegurando que en todo caso a Xunta está a trasladar ao Goberno central todas as ineficiencias que considera que se están a producir na xestión da crise.
NOS_10952
Os combinados masculino e feminino disputan hoxe senllos amigábeis
A disputa dun partido por parte de calquera selección deportiva galega, aínda que sexa en categorías inferiores, sempre é noticiábel, sendo a que protagonizará o seu regreso de modo máis inminente a de fútbol sala. Deste modo, as Irmandiñas tanto masculina como feminina Sub-19 volverán á acción tan cedo como esta cuarta feira, sendo o primeiro que vestirá de curto o combinado das mulleres, nun choque previsto para as 19.45 horas no Pavillón Paco Chao do Carballiño ante as locais do Carballiño FS. O seleccionador nacional, Rubén Salgado, chamou 16 xogadoras, sendo os conxuntos máis representados A Fervenza de Ferrol -con catro- e o FSF Castro de Castro de Rei con tres. Os homes tamén xogarán no serán desta cuarta, aínda que un pouco máis tarde, concretamente ás 21 horas ante un rival de entidade como é o Santiago Futsal, un dos representantes do país na Segunda División B. O encontro, que se desenvolverá no pavillón compostelán de Santa Isabel, servirá para observar as evolucións de varios dos nomes máis prometedores do fútbol sala galego, como Alan Álvarez, Álvaro Gandoy, Ismael Brea ou Raúl Ribadulla. O futuro dun deporte no que a Galiza é potencia O fútbol sala é un dos deportes máis populares do país, como demostran o feito de que é un dos que máis licenzas federativas ten, ademais das innumerábeis competicións non federadas que se desenvolven -ou se desenvolvían antes da pandemia- nas principais vilas e cidades galegas. A súa repercusión, ademais, resulta especialmente destacada no que respecta ao deporte feminino, até o punto de que a de fútbol sala foi a cuarta selección nacional en debutar, logo da de baloncesto, a de balonmán e a de fútbol tradicional. Co tempo, a Irmandiña -que debutou nin máis nin menos que cun subcampionato do mundo no ano 2008- acumulou éxitos principalmente a nivel estatal e nas categorías de base, onde a Galiza é potencia, destacando -entre outros- o título de campioa de España de Seleccións Territoriais que se desenvolveu en Murcia no ano 2015. Recordos do Mundial de 2008 O maior logro conseguido até o de agora polo combinado nacional galego tivo lugar a finais do verán do xa afastado ano 2008, hai 13 anos. Por aquel entón, a Irmandiña participou no I Campionato Mundial Feminino da Asociación Mundial de Fútbol Sala, que se desenvolveu na localidade catalá de Reus. Nun torneo no que foron da partida 12 seleccións nacionais (Rusia, Ucraína, Arxentina, Venezuela, Bélxica, Australia, Paraguai, Italia, Colombia, República Checa e Catalunya, ademais da Galiza), as xogadoras galegas foron de menos a máis e, tras pasar a primeira fase logo de perder con Rusia e gañar a Ucraína pola mínima, goleou a Arxentina nos cuartos de final por un indiscutíbel 1-8, accedendo así a unhas semifinais nas que volveu triunfar ante un combinado latinoamericano, Colombia, aínda que esta vez logo da lotería dos penaltis tras empatar a tres goles no tempo regulamentario. Lamentabelmente, na finalísima agardaba a anfitrioa, Catalunya, e o factor campo foi decisivo, pois as locais foron moi superiores (4-0), facéndose así co partido e co título mundial.
NOS_32807
Ana Pontón criticou en Vigo a xestión da Xunta en materia de vivenda.
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, acusou a Xunta de "cargarse" a vivenda de promoción pública na Galiza, polo que pediu que se poñan en alugueiro os pisos baleiros que existen no país, que supoñen, segundo as súas cifras, 18% do total. Aumentan en 34% as familias que perden a vivenda por non poder pagar a hipoteca Así o sinalou esta quinta feira na cidade de Vigo, onde acudiu para presentar as propostas do BNG en materia de vivenda, despois de que se rexistrase unha subida dos alugueiros superior a 25%. A dirixente criticou que o Goberno galego "priorizase os intereses das grandes construtoras en detrimento das familias". "Levamos 13 anos sen vivenda de promoción pública", lamentou Pontón, quen lembrou que o anterior plan de vivenda da Xunta (entre 2015 e 2020) recollía case 900 vivendas de promoción pública, "das cales só se executaron 40". A falta de oferta de pisos encareceu 20% os alugueres nos últimos cinco anos "É unha situación que deixa en evidencia até que punto a Xunta non traballa para que a xente teña unha vivenda nunhas condicións dignas e a uns prezos asumíbeis para uns salarios que sabemos que non son precisamente dos máis altos do Estado", reivindicou. Por todo iso, e a pesar de recoñecer que "o que non se fixo non se pode solucionar", puxo sobre a mesa as propostas de futuro dos nacionalistas para garantir o dereito das persoas a unha vivenda digna. Medidas propostas polo BNG Neste sentido, Pontón subliñou que unha das medidas que debería tomar a Xunta é aumentar as axudas para que a mocidade poida acceder a unha vivenda, ademais de aplicar o bono de alugueiro do Goberno galego a aqueles que comparten piso. O BNG defende a cesión á Xunta dos inmóbeis da Sareb para crear un parque público de vivendas Así mesmo, solicitou a cesión á Galiza de todas as vivendas das que dispón a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) e a creación dun parque público de vivendas destinadas ao alugueiro. Entre outras propostas, a portavoz nacional do BNG destacou a importancia de mobilizar a vivenda baleira dispoñíbel na autonomía, que é 18% do total, segundo os seus cálculos. Tamén lamentou a subida de tipos de interese do Banco Central Europeo, que encarecerá as hipotecas e que repercutirá nos petos das familias.
NOS_16189
O sanitario denunciou as precarias condicións de traballo do persoal sanitario.
O enfermeiro Héctor Castiñeira, máis coñecido polo seu labor de divulgación desde a conta de Twitter 'Enfermera Saturada' (@EnfrmraSaturada), anunciou esta cuarta feira que o Sergas lle impuxo unha sanción despois de afirmar nun programa de La Sexta que "asinou máis de 500 contratos no sistema público de saúde en 14 anos". O Sergas sanciona o xinecólogo que exemplificou a oposición ao peche do paritorio de Verín "Un par de días despois da miña participación en laSexta Xplica recibo unha carta asinada polo xerente do hospital: Un ano penalizado ao final da bolsa de emprego. Caio 780 postos", explicou Castiñeira na súa conta de Twitter. Un par de días después de mi participación en @laSextaXplica recibo una carta firmada por el gerente del hospital: 1 año penalizado al final de bolsa de empleo. Caigo 780 puestos. Ya he presentado recurso, no tiene sentido ni razón, pero pueden tardar hasta 3 meses en responder. pic.twitter.com/cYp8l5CvP7— Enfermera Saturada 🫀 (@EnfrmraSaturada) October 26, 2022 O sanitario, que actualmente traballa na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, afirmou que xa presentou recurso contra esta sanción. "Non ten sentido nin razón, pero poden tardar até tres meses en responder", engadiu. Fátima Nercellas: "Deixarei de ser médica o día que poida ignorar o sufrimento dun paciente tirado nun corredor" "Está a haber dificultades para cubrir permisos de compañeiras, aos que teñen dereito, mesmo están a ser anulados por que non hai enfermeiras. Se as penalizas por 'erros administrativos' que leva meses resolver e que son máis frecuentes do que debería, será peor", insistiu Castiñeiras. Declaracións de Héctor Castiñeira Na súa intervención no programa polo que foi sancionado, Castiñeira explicou que é "enfermeiro de UCI con 14 anos de experiencia laboral. O meu salario é de 1.670 euros cunha retención de 20%". "É a terceira vez que intentan abrirme un expediente e é unha clara represalia" "Se quero gañar algo máis facendo noites ou traballando os festivos, gaño 300-400 euros máis na nómina. Non cobro máis que iso", engadiu o sanitario, queixándose dos baixos salarios que cobran os profesionais do sistema público de saúde no Estado español. Sobre a marcha ao estranxeiro de poboación con estudos sanitarios, Castiñeira afirmou que "é normal" pola precariedade, e puxo de exemplo o seu propio caso. "Teño 31 folios impresos de vida laboral. Asinei máis de 500 contratos no sistema público de saúde en 14 anos, con contratos de un ou dous días, cortando en fin de semana para non pagalas", denunciou. 17 días de suspensión por mover dous pacientes dos corredores de Urxencias O enfermeiro concluíu a súa intervención asegurando que "non é só" o seu caso, "senón que o de milleiros de enfermeiras e enfermeiros obrigados a marcharse ao estranxeiro".
NOS_13166
A plataforma Vía Galega convoca unha concentración de rexeitamento á presenza do monarca español na Reitoría da universidade coruñesa co gallo do inicio do curso académico.
Felipe VI estará o vindeiro 30 de setembro na Coruña para participar no acto institucional na Universidade coruñesa de inicio do ano académico. A plataforma Vía Galega convoca unha concentración para ese día, chamando a participar na mesma "para rexeitar a sua presencia na Galiza, como representante dunha institución anacrónica que nega os nosos dereitos como pobo". 'Galiza non ten rei, avante a República Galega' é o lema desta movilización, que decorrerá ás 11:30 do vindeiro 30 de setembro diante da reitoría da UDC, na Rúa Maestranza. Por volta de 50 entidades do ámbito do soberanismo -asociacións culturais, fundacións, sindicais, agrarias, ambientalistas, da memoria histórica...- constituíron en marzo de 2018 a plataforma Vía Galega, un foro de encontro do tecido social do país en chave nacional. O denominador común de todas estas agrupacións é a consideración de Galiza como nación e a defensa do seu dereito á libre determinación.
NOS_26815
Licenciada en Historia e xornalista, Silvia Longueira (A Coruña, 1961) é a directora da Fundación Luís Seoane. Xunto a María Antonia Pérez, comisaria a exposición Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación, unha iniciativa que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luís Seoane e que amosa a oposición do pobo galego ao golpe de Estado de Franco e á represión. Entrevistámola no Sermos Galiza 282.
Recuperades a páxina de La Vanguardia en que se ve esa fachada da Universitat de Barcelona cuberta cunha réplica de A derradeira lección do mestre, feito que evidencia a transcendencia da obra alén da Galiza. Como chegastes a ela? A profesora María Antonia Pérez foi quen a descubriu a través dunha información de La Vanguardia. Trátase dun arquivo magnífico, moi ben documentado, e temos que dicir que todos os arquivos aos que pedimos fondos para esta exposición tiveron un comportamento exquisito. A todos lles entusiasmaba o proxecto e están esperando por esa publicación que queremos facer. No que respeita á contexualización da época, recolledes páxinas do ABC e de La Voz de Galiza que animan a nomear Franco príncipe de Galiza. Tamén hai fotografías de Carmen Polo e Carmen Franco cos próceres coruñeses que abandeiraron a campaña do espolio de Meirás. Por que ese interese? En Trece estampas comezamos a pensar no ano 2016, no mes de maio, e unha vai vendo, vai sacando información… curioso que cando a inauguramos, a reivindicación da devolución do Pazo de Meirás estaba de plena actualidade, ao igual que o referendo catalán e temos na exposición o discurso de Companys… parece que hai procesos que non acaban de fechar. A noticia de Franco, príncipe de Galiza parecía unha brincadeira e non deixa de sorprender. Iso está xa saíndo da exposición. Unha ve esa noticia e é case como un sorriso, mais das a volta e ves os retratos dos compañeiros de Camilo Díaz Baliño e é todo unha esquizofrenia moi grande. Este país tiña que vivir nunha esquizofrenia grandísima. Se non fose tan dramático, parecería unha farsa, mais é un reflexo do que pasaba naquel momento. Tamén está de actualidade A derradeira lección do mestre, que viría a Galiza para unha mostra puntual. Cres que debería vir e ficar aquí? Por cuestións patrimoniais sería fantástico que estivese na Galiza. Eu non coñezo o tema coa profundidade que requiriría para dar unha opinión ao aspecto. Non sei como suceden os feitos profundamente para que a obra non teña vido nunca aquí. Penso que debería estar aquí, mais un fito como é recuperar esa peza ten que levar aparelladas moitas outras cousas. Temos que realmente poñer no seu sitio moita da historia que circunda esta xeración. Ao final, o cadro de Castelao ten unha visión case como icona del e de toda unha época. Non podemos ficar só na cuestión da iconografía, ten que traer aparellado un verdadeiro traballo pola memoria histórica e por analizar un proceso que non está analizado, porque non existe un verdadeiro traballo na recuperación da memoria do que foi este país. Claro que penso que debería estar aquí, mais non penso que sexa unha cuestión de iconografía. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 282, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
NOS_19831
Galiza Nova chamou en Bonaval a "sumar forzas" para "un futuro digno para Galiza".
A tradicional Homenaxe a Rosalía e Castelao que Galiza Nova organiza o 24 de xullo puxo este ano o ramo á trintena de actos que a organización realizou por toda Galiza no marco da IV Semana da Patria e que incluíron desde coloquios até concertos. "Homenaxeamos dúas figuras que están sendo institucionalizadas polo Goberno da Xunta de Galiza do PP que nunca confiou en coñecelas e dalas a coñecer e divulgar toda a súa obra e o seu pensamento", denunciaba o secretario xeral de Galiza Nova, Paulo Ríos, na presentación da homenaxe. E así decorreu o acto en Bonaval, na capital galega, no Panteón dos galegos Ilustres e ante as tumbas de Rosalía e Castelao: entre a reivindicación destas figuras e a súa vixencia e a denuncia das problemáticas da Galiza do século XXI, nomeadamente na mocidade. Sabela Méndez, militante de nova incorporación e natural do Rosal foi a encargada de abrir a Homenaxe convidando a mocidade do 2021 "a coller o legado de Rosalía e Castelao. Organizármonos para gañar un futuro digno no país". Paulo Ríos, que tamén é deputado no Parlamento galego, de por parte, sinalou que "imos construír a República Galega das máis fronte a monarquía dos menos. Seguimos sumando forzas nas rúas e onde faga falta". A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tamén tomou a palabra e acusou o PP e á Xunta de "criminalizar" e "responsabilizar" os mozos para "tapar os problemas de xestión" da pandemia da Covid-19. "Imos deixar a pel na defensa dun futuro digno para os mozos", proclamou, porque sen eles "non se pode construír unha Galiza con futuro". "Sodes imprescindíbeis, necesitámosvos a todos e a todas", incidiu. A intervención musical de Brassica Rapa e a tradicional ofrenda floral onde repousan Rosalía e Castelao no Panteón de Galegos Ilustres puxeron o ramo ao tradicional acto de Galiza Nova.
NOS_25605
Representantes de medios de comunicación en galego e deputad@s nacionalistas mantiveron unha reunión para analizar a problemática pola que atravesa o sector
O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera, e as deputadas do BNG, Montse Prado e Ana Pontón mantiveron esta sexta feira unha reunión con representantes de Tempos Novos, Praza pública, Sermos Galiza, Radiofusión, Novas da Galicia, Galicia Confidencial e Compás da Costa, medios de comunicación en idioma galego. Os parlamentares do BNG escoitaron as demandas e os plantexamentos dos xornalistas e se comprometeron a trasladar ao Parlamento galego en forma de iniciativas parlamentares a necesidade de que se adopten medidas para impulsar e promover os medios de comunicación en galego, que, desgrazadamente, cada vez son menos. Así, apóstase por demandar á Xunta que garanta a existencia dun espazo de comunicación en galego e a viabilidade dos medios en lingua galega. O BNG pedirá que se contemple un baremo obxectivo para un reparto equitativo máis xusto das axudas. A Xunta non debería discriminar aos medios en galego Para o BNG "é importante que se preserve a comunicación na lingua de Galiza" e lamenta que desde a Xunta se estean a dar pasos para atrás neste eido en lugar de avanzos, discriminando e marxinando precisamente aos medios en galego. "A Xunta subvenciona aqueles que utilizan o castelán na súa comunicación e discrimina das axudas públicas aos medios en galego. É o mundo ao revés" "Feijoó non cumpre con nada do estabelecido na lexislación vixente, e compre nomear o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, o Plano Xeral de Normalización da Língua Galega ou a Carta Europea de Línguas Rexionais ou Minorizadas. Todo o contrario, estamos asistindo a un retroceso nunca visto desde as primeiras iniciativas normalizadoras do idioma galego". @s parlamentares do BNG advirten que "é un momento pésimo para os medios en xeral, pero sobre todo para os que empregan o galego. A Xunta subvenciona aqueles que utilizan o castelán na súa comunicación e discrimina das axudas públicas aos medios en galego. É o mundo ao revés". Recortes nas axudas Neste sentido, lembraron que a Secretaría Xeral de Medios estabelece cada ano as bases reguladoras coa conseguinte convocatoria para a concesión de axudas económica dirixidas a empresas xornalísticas. Un feito constatábel é a constante reducción das contías destinadas a medios en galego até ficar case "en cifras testemuñais en comparanza coas empresas que utilizan o español nas súas comunicacións". Consistiría en cambiar os criterios das axudas para vinculalas a unha finalidade social e estabelecendo criterios transparentes e equitativos na contratación de publicidade institucional.
NOS_15419
A delegación manifestou a súa confianza en que "en Galiza, un pobo que sempre foi solidario e xeneroso co pobo vasco, poderase comprender a relevancia deste acordo para o escenario de esperanza e ilusión que a día de hoxe vivimos en Euskal Herría".
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, replicoulle a Rajoy que "a chave para saír da crise non está en máis Europa, está en outra Europa e máis soberanía". unhas declracións realizadas tras a reunión entre a Executiva do BNG e representantes do chamado Acordo de Gernika para un escenario de paz e solucións democráticas para Euskal Herría. Para o portavoz nacional do BNG "o debate actual é entre globalización ao servizo do capital financeiro e da especulación, e a única alternativa polo ben dos pobos que é a soberanía, a capacidade de decidir". Neste sentido, Guillerme criticou que "o señor Rajoy, despois de seis meses de goberno coas noves xa queimadas e demostrando a absoluta impotencia para resolver os problemas da crise, agora, ao tempo que propón a férrea recentralización do Estado, propón seguir cedendo soberanía estatal á Unión Europa, que ven sendo o mesmo que cederlla a Alemaña, que a este ritmo acabará implantando o IV Reich, pero sen tanques". Apoio do BNG ao Acordo de Gernika Por outra parte, e xa centrándose no contido da reunión, o representante do Acordo de Gernika, Niko Moreno asegurou que "estamos en Galiza para dar a coñecer os contidos do devandito acordo, un acordo que definimos como unha folla de ruta cara á paz e a normalización democrática en Euskal Herría". Neste sentido, Niko Moreno agradeceu a "hospitalidade do BNG" e amosou a súa confianza en que "en Galiza, un pobo que sempre foi solidario e xeneroso co pobo vasco, poderase comprender a relevancia deste acordo para o escenario de esperanza e ilusión que a día de hoxe vivimos en Euskal Herría". Pola súa parte, Guillerme manifestou que "o BNG valora moi positivamente os esforzos dos asinantes do Acordo de Gernika a prol da consecución para Euskadi dun escenario democrático en paz". O BNG pide a fin da lei de partidos, outra política penitenciaria e a excarceración de Otegui Ademais, salientou que "estamos ante unha oportunidade histórica de conseguir rematar definitivamente de rematar coa violencia e normalizar a vida política en Euskadi, e non debemos desaproveitar esta oportunidade". Neste sentido, subliñou que "o BNG está disposto a contribuír e colaborar no camiño para conseguir eses obxectivos. Cremos que deberíao facer tamén todas as forzas políticas e, nomeadamente, o goberno español". En concreto, Guillerme demandou en nome do BNG "acabar con leis excepcionais como a Lei de Partidos, permitir a participación democrática sen excepcións a todo o mundo, revisar a política penitencia ou revisar tamén os xuízos por motivos políticos". "E por poñerlle nome -engadiu-, parécenos absolutamente incomprensíbel que a estas alturas Arnaldo Otegui siga estando en prisión polos motivos insostíbeis que lle apoñen". Na mesma liña, demandou que "impedir a Amaiur formar grupo político no Congreso deberían desaparecer da axenda política do goberno español".
PRAZA_15232
O sábado 1 de decembro a Plataforma Nunca Máis Catalunya e a Asemblea Cultural Galega de Barcelona organizan unha serie de actividades co gallo do décimo aniversario da traxedia do Prestige. Os actos terán lugar no Ateneu Roig (Gràcia) e no Ateneu 9 Barris (Trinitat Nova).
A Plataforma Nunca Máis Catalunya organiza, xunto coa Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB), unha serie de actividades co gallo do décimo aniversario da traxedia do Prestige. Os actos terán lugar o vindeiro sábado, 1 de decembro, e repartiranse entre o Ateneu Roig (Gràcia) e máis o Ateneu 9 Barris (Trinitat Nova). Os actos terán lugar o vindeiro sábado, 1 de decembro, e repartiranse entre o Ateneu Roig (Gràcia) e máis o Ateneu 9 Barris (Trinitat Nova) Ás 12.00 horas terá lugar no Ateneu Roig de Gràcia a presentación da exposición do pintor Anxo Baranga 10 anos no país de Nunca Máis a cargo da compañía de teatro Furafollas e máis a proxección de Deu anys després, un traballo audiovisual no que se recollen textos do colectivo Nunca Máis Catalunya. Ás 12.30 realizarase o pase do documental Marea Blanca da directora Isabel Coixet, unha homenaxe aos voluntarios e voluntarias que participaron nas tarefas de limpeza do chapapote nas costas galegas. Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, terá lugar a exhibición da montaxe audiovisual A plataforma Nunca Máis de Catalunya: Organización e loita pola defensa do país e máis a mesa redonda 10 anys del Prestige na que participarán Joan Zamora, director da Mariña Civil, xornalista, avogado, representante da Generalitat na Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos e autor do libro Prestige de l'accident a la tragèdia; Joan Codina, director do documental Prestige, el viaje a ninguna parte; un representante de Ecologistas en Acción e máis Vítor Cabral, de Nunca Máis Catalunya. Ás 20.00 horas producirase o acto simbólico de entrega á faculdade de Historia da Universitat de Barcelona do material bibliográfico da plataforma Nunca Máis Catalunya. A xornada rematará, ás 22.30 horas, cun concerto de homenaxe aos voluntarios e voluntarias que terá lugar no Ateneu 9 Barris A xornada rematará, ás 22.30 horas, cun concerto de homenaxe aos voluntarios e voluntarias que terá lugar no Ateneu 9 Barris coa presenza dos grupos Lo Petit Comitè, Sundaché e DJ Nacho. Este concerto enmárcase nos actos do désCONCERTO EXPANSIVO que organiza o colectivo A Burla por toda Galicia e tamén no exterior para celebrar o nacemento do movemento Nunca Máis. No transcurso do mesmo darase lectura ao Manifesto contra o Silencio, escrito por Manuel Rivas fai dez anos e máis ao DésCalogo, un texto que serve de base á campaña DésPrestige. O prezo da entrada é de 4 euros (concerto+queimada).
PRAZA_7681
A Mesa, CIG, AGE ou Compromiso censuran a "belixerancia" e o "odio furibundo" do Goberno de Feijóo contra a lingua propia tras o anuncio de que recorrerá as sentenzas do decreto.
A Xunta decidiu enlamarse nunha batalla xudicial co galego como protagonista, logo de anunciar o pasado martes que xa se prepara para presentar un recurso de casación ante o Supremo contra as numerosas sentenzas que anulan o cerne do decreto do plurilingüismo. Todo, malia que o Goberno de Feijóo insiste unha e outra vez en que os ditames "avalan" a norma e a súa política lingüística. O rexeitamento de colectivos, sindicatos e oposición é, de novo, frontal e rotundo. A Mesa pola Normalización Lingüística, a primeira entidade que recibiu unha sentenza favorábel por parte do TSXG, cualifica de "obscenos" os argumentos utilizados pola Xunta para os seus recursos perante o Tribunal Supremo e recorda que, aínda que houbo gobernos noutras comunidades que si aplicaron políticas contra as súas linguas, o Executivo de Feijóo é "o primeiro que recorre aos tribunais para conseguir unha maior desprotección para o seu idioma". "Ha de ser a primeira vez na historia que alguén recorre sentenzas que di que gañou!", ironiza a Mesa O presidente da Mesa, Carlos Callón, asegura que "está á vista de todo o mundo que temos un presidente que é mentireiro compulsivo", pois "insulta a intelixencia de calquera que se nos diga que gañaron as sentenzas e que, ao mesmo tempo, as van recorrer". "Ha de ser a primeira vez na historia que alguén recorre sentenzas que di que gañou!", ironiza. CIG e A Mesa denuncian que a Xunta gaste cartos públicos para recorrer sentenzas que amparan a lingua galega Outro dos colectivos aos que o TSXG estimou en parte o recurso, CIG-Ensino, cre que a Consellaría de Educación "amosa unha vez máis a súa galegofobia" e entende que o feito de que a Xunta decida finalmente acudir á Xustiza implica que o Goberno sabe que os ditames "poñen en entredito o decreto". "Insisten na súa política contra a nosa lingua, que é o seu obxectivo central, e para iso non dubidan en gastar importantes cantidades de diñeiro en recorrer estas sentenzas porque amparan o noso idioma", engade a central nacionalista, que coincide coa Mesa en denunciar tamén o gasto de cartos públicos para atacar a cultura propia. AGE censura a "belixerancia do Goberno contra a lingua" e CxG destaca o "desprezo" ás insititucións propias ao levar ao Supremo unha materia que é competencia exclusiva de Galicia Alternativa Galega de Esquerda (AGE), pola súa banda, considera que "a belixerancia da Xunta contra a lingua galega non parece coñecer límites" e critica o "asañamento" do PP "co idioma que o Estatuto considera propio de Galicia". "Jesús Vázquez é un perverso galegófobo que desde a institución que debera defender a identidade galega", lembra o deputado Xabier Ron, "non deixa de atentar contra a súa lingua". "O conselleiro e Feijóo teiman no seu odio furibundo contra o galego e a cultura galega", insiste. Ademais, o membro da Executiva Nacional de Compromiso por Galicia (CxG), Henrique Monteagudo, cre que "o Partido Popular ten que reflexionar", xa que as sucesivas sentenzas do TSXG "desmontan un por un todos e cada un dos elementos principais do decreto". O membro da Real Academia Galega considera tamén que Feijóo perdeu unha oportunidade para rectificar "unha política lingüística errada que se basea no desprezo total e absoluto ao galego". Monteagudo destaca tamén que "este desprezo e maltrato da lingua" está acompañado dun "desprezo ás institución propias", xa que "Feijóo acode a Madrid, ao Tribunal Supremo, para que resolva sobre unha materia que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma".
NOS_7565
Na cuarta feira, o Bloque Nacionalista Galego preguntará no Parlamento pola postura do Goberno galego con respecto ao transvasamento dos dous ríos.
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, asegurou que a Xunta desbota a opción do transvasamento dos ríos Verdugo e Oitavén para abastecer de auga a cidade de Vigo. A integrante do Goberno galego explica que o propio estudo da Confederación hidrográfica do Miño, xa o expón así, indicando que non sería "nin eficaz nin viábel, porque durante a seca, os dous ríos "levan o caudal mínimo", e non se podería garantir o abastecemento para a presa de Eiras. Centos de persoas urxen a Xunta a defender os ríos Oitavén e Verdugo Para a concelleira, a cidade ten "garantido o abastecemento de auga" coas infraestruturas actuais, cando menos até o ano 2070, polo que non son necesarias solucións inmediatas. Ethel Vázquez afirmou que a situación de abastecemento non depende "do encoro de Eiras senón da estación de tratamento, que non permitía aumentar o caudal", polo que se acordou a súa ampliación. Reunión entre as partes Despois de que esta fin de semana se producisen varias mobilizacións contra o transvasamento, a Xunta, a través da conselleira de Infraestruturas, chamou a acordar unha xuntanza cos municipios afectados para analizar a situación. Precisamente, nesta cuarta feira o Bloque Nacionalista Galego (BNG) preguntará no Parlamento á Ethel Vázquez pola postura do Goberno galego con respecto ao transvasamento. O deputado do BNG Manu Lourenzo, encargado de facer a pregunta, explicou a Nós Diario que "somos conscientes que ante situacións de emerxencia hai que adoptar solucións de emerxencia. Mais non é o caso. O que está enriba da mesa é un problema de mala xestión e despilfarro de auga por parte do Goberno de Vigo".
NOS_25355
Un catálogo con propostas de agasallo de todo tipo e en apoio a un consumo responsábel en galego.
Coa chegada de Nadal renóvase o catálogo das empresas de 'Abertos ao Galego', cun amplo abando de ofertas de agasallos e presentes no noso idioma, desde libros e pezas de vestir até bonos de masaxes ou produtos de alimentación, ou unha manchea doutras moitas cousas interesantes. Este catálogo terá sobre todo a súa vida en Internet, nomeadamente a través das redes sociais, no seguinte enderezo: https://issuu.com/abertosaogalego/docs/catalogo_nadal_mesa Consumo responsábel Na primeira páxina o catálogo contén un decálogo con 10 argumentos e razóns para apoiar un consumo responsábel co galego, no cal se lembra que todas as decisións que tomamos como consumidoras e consumidores teñen implicacións e que as empresas que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade. "Así, asumir un consumo responsábel co galego é tamén apoiar empresas que asumen a súa responsabilidade social".
NOS_17154
A selección galega despregou un fútbol de alto nivel na súa volta aos campos de xogo despois de 8 anos de ausencia. Iago Aspas e Lucas Pérez combinaron á perfección nun equipo no que destacaron, entre outros, Denís Suárez e Mosquera.
A Irmandiña retornou aos campos de xogo após case 8 anos de ausencia e fíxoo protagonizando o que quizás sexa o seu mellor partido. Nada a estrañar, se temos en conta que o combinado galego reunia unha calidade talvez non acadada anteriormente. A selección galega xogou como se se coñecese de vello, todo un mérito entre xogadores mozos e que non tiveron moito tempo para se compenetrar e preparar o encontro. Xa advertiran os treinadores, Fran e Salgado, da calidade desta Irmandiña. O partido deulles a razón. O empate venezuelano (no minuto 92) non debe deslucir a brillantez e calidade do xogo dos galegos. Xa advertiran os treinadores, Fran e Salgado, da calidade desta Irmandiña. O partido deulles a razón Xogou Galiza en Riazor o seu encontro número 23. Desde un primeiro momento a selección saíu a polo partido. Enfronte non tiña un equipo que se limitaba a ser 'sparring' nun amistoso. Venezuela estreaba treinador e, aliás, neste encontro ía dirimirse en boa medida se un feixe de xogadores ían ou non disputar a Copa América. Dúas boas razóns para ir a por todas. Aspas & Lucas Porén, a Irmandiña quería que este partido fose o seu partido. Xa no minuto 5 estivo a piques de marcar nunha gran xogada entre Lucas Pérez e Iago Aspas que Jota Peleteiro non deu rematado ben. A xogada xa deixaba ver unha sintonía no fútbol do céltico e o deportivista, que combinaban á perfección. Galiza dominaba o partido sen maiores problemas e cando estes intentaban aparecer (minuto 14, gran tiro de falta de Rómulo), unha espectacular estirada de Sergio solventaba a contrariedade. Xogou Galiza en Riazor o seu encontro número 23. Desde un primeiro momento, a selección saíu a polo partido No minuto 36 chegaba o gol de Galiza nas botas de Iago Aspas, que rematou a porta baleira unha bola que fora mal rexeitada polo porteiro venezuelano após tiro de Peleteiro. Ledicia no campo e nas bancadas, onde os perto de 20.000 seareiros asistentes non pararon de animar desde o primeiro minuto. A segunda parte non supuxo un cambio grande do guión baixo o que transcorreu a primeira. Galiza dominaba e xogadores como Denis Suárez amosaban o seu nivel sobre o céspede. Nos minutos 53 e 72 Galiza volveu ter oportunidades de gol nas botas de Lucas Pérez e Joselu, mais non se materializaron. A que si callou foi, xa no minuto 92, a de Venezuela, cun gol de J. Martínez que empataba o encontro. Un caldeiro de auga fría cando todos, quizás até os venezuelanos agás Martínez, daban por feita a vitoria galega. Mais as sensacións e impresións sobre a selección galega foron positivas, Até Rafael Louzán, presidente da Federación galega de fútbol, aseguraba en declaracións á TVG que volvería xogar a Irmandiña nos vindeiros anos. Michel e Fran declaraban finalizado o encontro: "En canto rematou o partido, os xogadores pediron xogar outro. Eles queren estar xuntos" Animación Entre 18.000 e 20.000 persoas asistiron en Riazor ao retorno da Irmandiña. Non pararon de animar e apoiar a selección nacional. Boa parte dos presentes, ademais, encargáronse de completar a interpretación dun Himno Galego que o protocolo deixaba na metade, tal e como estes días xa adiantara Sermos Galiza. Antes do encontro houbo unha manifestación convocada por Seareiros Galegos para exixir a oficialidade das seleccións galegas. Varios centos de persoas marcharon da Praza da Leña até Riazor en defensa desta demanda. A foto interior é de Xurxo Lobato.
PRAZA_17734
Fomento fixo público o borrador do novo Código Técnico de Edificación, que esixirá barreiras de protección e outras accións para reducir os niveis deste gas nun gran número de localidades. En Galicia 309 dos 313 concellos entran nas zonas prioritarias delimitadas e 25 no espazo de máximo control 400 novas medicións en vivendas confirman Ourense e Pontevedra como as zonas con maior concentración
400 novas medicións en vivendas confirman Ourense e Pontevedra como as zonas con maior concentración Hai unhas semanas o Ministerio de Fomento publicou o borrador do novo Código Técnico de Edificación (CTE), que inclúe novas esixencias na construción de vivendas (ou en obras en edificacións xa existentes) relacionadas coa eficiencia enerxética ou co gas radon. Un dos anexos do CTE especifica as medidas que se deberán adoptar para limitar a exposición ao radon e delimita dúas zonas, con maiores ou menores esixencias, a partir das estimaciones de potencial de radon efectuadas polo Consello de Seguridade Nuclear. O documento atópase actualmente en fase de alegacións ata o vindeiro martes 31. 309 dos 313 concellos galegos (todos agás As Somozas, Cerdido, Sobrado e A Lama) sitúanse nalgunha desas zonas prioritarias 309 dos 313 concellos galegos (todos agás As Somozas, Cerdido, Sobrado e A Lama) sitúanse nalgunha desas zonas prioritarias nas que se requiren medidas específicas contra as concentracións de radon en vivendas, con obxectivo de evitar que se supere o nivel de 300 becquerelios por metro cúbico. Ademais, 25 localidades fican incluídas na denominada Zona II, coa esixencia de accións adicionais. Trátase de Melide, Moeche, San Sadurniño, A Fonsagrada, A Pobra do Brollón, Cervantes, Cospeito, Folgoso do Courel, Lourenzá, Navia de Suarna, Pol, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Trabada, A Rúa, Castrelo do Val, Laza, O Barco de Valdeorras, Oímbra, Rairiz de Veiga, Rubiá, Verín, Viana do Bolo, Vilamartín de Valdeorras, O Rosal e Salvaterra de Miño. Nas novas construcións ou reformas que se realicen nos 309 municipios sinalados esixirase "unha barreira de protección entre o terreo e os locais habitables do edificio, que limite o paso dos gases procedentes do terreo". Alternativamente, poderase dispor entre o terreo e os locais habitables do edificio "unha cámara de aire destinada a mitigar a entrada do gas radón a estes locais". Ademais, nos 25 concellos situados nesa Zona II, esixirase adicionalmente ese espazo de contención ventilado (opcional nas localidades da Zona I) ou ben un sistema de despresurización do terreo "que permita extraer os gases contidos no terreo baixo o edificio". 25 concellos sitúanse na Zona II, con esixencias adicionais A exposición ao gas radon é, despois do consumo de tabaco, o segundo factor de risco do cancro de pulmón e o primeiro en persoas que nunca fumaron. Dadas as características xeolóxicas do seu solo (por exemplo a alta presenza de granito), Galicia é unha zona de elevada de exhalación de radon, que se fai máis manifesta no sur do país.
NOS_42501
A 17º edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada polo Museo do Pobo Galego, comezou onte e rematará o vindeiro 2 de abril. Nós Diario conversa coa súa directora, Ana Estévez Lavandeira, sobre a temática escollida este ano, o traballo, e as particularidades dun evento xa consolidado no panorama de festivais galegos de cinema.
17 edicións da MICE. Pode falarse dun proxecto que cumpre coa función que se esperaba del? Eu penso que si. Sempre se pode mellorar. Cada ano segue sendo un reto e non hai que dar nada por feito. Pouco a pouco, mais de maneira progresiva, a MICE foise consolidando e fomos cumprindo os dous obxectivos que nos propuxemos. Por un lado visibilizar as múltiples perspectivas coas que se pode traballar nun museo etnográfico e do que significa realizar esa función. Hai ocasións en que se nos ten relacionado con determinadas áreas, afastándonos doutras. A MICE foise consolidando e fomos cumprindo os dous obxectivos que nos propuxemos Por outro lado, está o obxectivo de divulgar un tipo de cinema que non ten moitas canles de difusión e achegalo ao público galego e mostrar o que se fai desde a Galiza noutros lugares. A MICE foise internacionalizando para que se puidera ver tamén en Europa. Este ano trata sobre o traballo. Que papel xoga na sociedade e no propio museo o mundo laboral? No momento en que se fixo o Museo do Pobo Galego, e tal e como está a exposición permanente, as áreas produtivas son moi importantes. Todo o que son os oficios relacionados co sector primario teñen un gran protagonismo dentro da mostra. De todas maneiras, o traballo é unha parte importante da vida humana e nese sentido é lóxico que cando se fala das persoas falemos de traballo. Parecíanos como foco temático ben interesante para tratar desde o festival e o cinema etnográfico. O traballo artella os contidos do festival seguindo distintas dimensións. Desde os procesos históricos ou socioeconómicos que afectan este ámbito até a propia concepción do traballo, como foi mudando ao longo da historia. Mesmo as actividades que catalogamos ou non como traballo, algo que ten unha serie de consecuencias sobre a vida das persoas e mesmo sobre a súa consideración. A idea de que determinados traballos poden marxinar a quen se ocupa deles. O achegamento aos países do leste é de moita actualidade mais sempre estivo presente no festival. Cal é a razón? A Europa do leste como produtora de cinema está aí. Ten unha cinematografía moi importante e mesmo conflitos históricos. Nese sentido, moitos exemplos dela teñen pasado pola MICE e á hora de coller inscricións para a sección oficial chéganos moito cinema desa área do continente. No caso desta edición estaba previsto a través da sección 'Impropias' e de cineastas mulleres da Europa do leste porque dentro do foco do traballo os Estados que hoxe en día formaron parte da ex Unión Soviética teñen unha implicación directa por formar parte importante da súa cultura. O traballo condicionaba moito a vida neses países na consideración das persoas O traballo condicionaba moito a vida neses países na consideración das persoas. Pareceunos que podía ser interesante, por un lado o concepto de traballo e o que significaba para as persoas, e por outro sen saber que nos atoparíamos ás portas da actual traxedia da guerra o certo é que é un lugar, para a antropoloxía, moi interesante. Hai un pasado común que achega culturalmente similitudes e á vez estes Estados creaban unha identidade nacional propia. Para nós, desafortunadamente, converteuse nun foco máis de actualidade do que tiñamos previsto. Foi difícil conseguir que houbese unha representación feminina de 50% nesta MICE? As mulleres estamos creando. É certo que moitas veces non é doado. Segue habendo unha dificultade para que as mulleres atopen quen as produza no cinema. O cinema documental, pola súa propia concepción á hora de facelo, igual de entrada non ten as exixencias dunha gran produción e polo tanto quizais atopamos mulleres con máis facilidade. En calquera caso, máis que ser complicado é pór a mirada. Ter como obxectivo que se visibilice un traballo que está aí.
QUEPASA_818
A praza de Baio xa ten orzamento pero as obras non comezarán ata 2020
Esta mañá de xoves houbo pleno no Concello de Zas. Un dos puntos principais era unha moción urxente para sacar adiante o orzamento do proxecto de urbanización da futura praza de Baio. Un proxecto aprobado por unanimidade, que implicará un investimento 384.236,20 euros; dos cales algo máis do 75% (283.139,09€) serán financiados pola Deputación da Coruña e os restantes 101.097,11€ asumiraos o Concello de Zas.En todo caso, as obras non comezarán ata o vindeiro ano porque aínda teñen que comezar as distintas fases administrativas. Sanidade A corporación acordou enviar a todos os concellos da Costa da Morte unha moción de apoio ao servizo de pediatría de Zas, como comprobaron varios representantes da plataforma "Zas Sen Recortes en Pediatría", que asistiron á sesión de hoxe despois de que o pasado 2 de setembro presentaran un escrito solicitando a celebración dun pleno extraordinario urxente e o apoio de toda a corporación municipal. Solicitan así ao Sergas que restableza o horario do servizo de pediatría nos dous centros de saúde do Concello de Zas e que se retomen as 35 horas de servizo semanais.Solicitan tamén que o Sergas cubra todas as baixas/ausencias do facultativo, ao mesmo tempo que acordan enviar a todos os concellos da Costa da Morte unha moción de apoio ao servizo de pediatría de Zas. A Lei "Montoro" Volveu o alcalde zaseiro criticar a chamada Lei Montoro de control de gasto, "que o PSOE non cambiou". "É difícil de entender que non poidamos facer máis investimentos malia contarmos con máis de 5 millóns de euros nas contas bancarias - que non podemos gastar - e un orzamento superior aos 4 millóns de euros", puntualizou Manuel Muíño. O Concello ten agora que facer un plan económico financeiro porque gastaron 65.000 euros máis do que lles deixa o Goberno central. Festivos locais Na orde do día de hoxe tamén figuraban os festivos locais para o 2020. A proposta presentada polo equipo de goberno do BNG e que saiu adiante foi declarar como festivos locais para o próximo ano o 10 de xullo - coincidindo coa festividade de San Cristovo - e o 16 de xullo - día do Carmen -. A proposta variouse con respecto aos últimos anos xa que o 26 de xullo, día da Santa Margarida de Muíño, coincide no 2020 en domingo e a festividade de San Roque do Monte, outro dos días elixidos, celébrase dende hai anos o cuarto sábado do mes de agosto. En consecuencia, elixiuse o 10 de xullo como día non laborable. Declaración emerxencia climática Outra das mocións presentadas polo equipo de goberno e que se aprobou esta mañá foi a adhesión á declaración de emerxencia climática co fin de loitar contra a contaminación e o cambio climático así como o apoio á mobilización mundial convocada para o vindeiro 27 de setembro.
PRAZA_10010
CIG, UXT e Comisións piden ao novo executivo que dea xa un xiro ás políticas económicas e empece derrogando as dúas últimas reformas laborais, e advirten que a maioría progresista do Congreso deixa "sen escusas" o PSOE para non impulsar axiña "unha axenda social".
Coa precariedade e temporalidade asentadas no mercado laboral desde hai tempo, pensións baixas e en aparente cuestión, cun ritmo anual de crecemento do emprego menor que o do Estado e un horizonte industrial cada vez máis ameazado por peches (Alcoa, Isowat, Ferroatlántica...) e desmantelamento, Galicia afronta un novo 1º de maio atenta ao novo goberno que se conformará axiña no Estado tras as eleccións xerais do pasado domingo. CIG, UGT e CCOO reclaman ao novo goberno do Estado que active xa un "cambio" nas políticas económicas e sociais e empece derrogando as dúas últimas reformas laboraisA derrota do bloque da dereita e a posibilidade dun executivo progresista leva os principais sindicatos en Galicia a reclamar xa un "cambio" adiado tantas veces coa "escusa" da difícil aritmética parlamentaria. A vitoria do PSOE trae esperanza pero tamén pon en alerta as centrais, que ven clara a necesidade de lembrarlles aos socialistas na rúa a necesidade inmediata de aplicar políticas claras "de esquerda"."Hai dez meses entrou un novo goberno con maioría de esquerda pero que non fixo o suficiente, nin tan sequera marcou un calendario efectivo de derrogación das políticas laborais e económicas do PP que nos levaron a tal precariedade", di a Praza.gal Paulo Carril, secretario xeral da CIG, que amosa a súa "preocupación" de que "se teña utilizado un chamamento a frear a ultradereita para seguir facendo políticas de dereita porque, no substancial, polo momento non houbo cambios reais". Carril advirte da necesidade de derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva, da defensa das pensións e dunha mudanza lexislativa "para sentar as bases de cara a un emprego digno e con dereitos para que traballar permita vivir dignamente". A CIG amosa a súa "preocupación" de "se teña utilizado un chamamento a frear a ultradereita para seguir con políticas de dereita"; UGT cre "indubidable" que a cidadanía "votou por un cambio cara á esquerda"Pola súa banda, desde UGT-Galicia, o seu secretario xeral, José Antonio Gómez, agarda que o futuro goberno "cumpra coas persoas e coas súas familias" tras "cinco anos de crecemento económico que foi parar só ás mans duns poucos". Así, reclama "cambiar as políticas", empezando por derrogar as reformas laborais con urxencia, máis que un futuro Estatuto dos Traballadores. Tamén pide "propostas para xerar emprego", unha mellora das salarios e, "por suposto, garantir a viabilidade do sistema público de pensións e que estas teñan unha contía digna", ademais de afondar na erradicación da fenda salarial e a violencia machista. Para Gómez, é "indubidable" que, tras o 28A, "hai unha maioría de españois que queren un programa que teña como base fundamental a repartición da riqueza e a recuperación de dereitos e liberdades". E aínda que considera que "non é misión" do sindicato indica camiño ningún, cre que quedou claro que a cidadanía "votou por un cambio de políticas cara a esquerda, porque iso é o que pediu a maioría".Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO-Galicia, advirte que, xa que o Congreso "conta cunha ampla maioría de esquerdas", o PSOE "non ten moitas escusas para non iniciar unha axenda social que non admite máis demora". Ademais, pon deberes ao futuro executivo que pasan por "pór en marcha reformas que sirvan para transformar o tecido produtivo e potenciar o sector industrial", así como "diversificar un modelo de crecemento excesivamente dependente do sector terciario e do turismo". CCOO cre que o PSOE "non ten moitas escusas para non iniciar unha axenda social que non admite máis demora"Tamén reclama Comisións "un plan de choque polo emprego de calidade" pero, ao igual que UGT e CIG, marca "un primeiro paso" que debe ser o de "derrogar as dúas últimas reformas laborais" e a refoma das pensións de 2013, así como "iniciar un labor de inspección para combater o abuso das figuras laborais que aumentan precariedade" e "unha reforma fiscal ambiciosa".As demandas urxentes para GaliciaRespecto de problemáticas específicas e especialmente graves en Galicia, Carril lembra as propostas que a CIG fixo nos últimos meses e materia laboral e social e lembra o "importante problema de crise industrial" que sofre o país, especialmente no que ten que ver coa electrointensiva (Alcoa ou Ferroatlántica), pero tamén na naval, no telemárketing, nas continuas deslocalizacións de empresas ou o "crítico" momento no sector do automóbil. "É urxente frear esta situación", di quen aposta por acabar con "políticas económicas que negan a ecomomía produtiva" e que, máis en concreto, reclama de vez unha regulación enerxética para as firmas electrointensivas que eviten peches e despedimentos. Desde UGT e tamén desde CCOO instase a Xunta a que "tome nota do menor ritmo anual de crecemento do emprego" que se dá no país con respecto ao Estado, así como o seu "menor dinamismo" no mercado laboral ou as elevadas taxas de parcialidade involuntaria na contratación. "A Xunta ten competencias suficientes en materia de emprego para tratar de corrixir estas eivas e evitar que Galicia ofreza mes tras mes indicadores do mercado laboral dun xeito máis negativo que o resto do Estado", di José Antonio Gómez, de UGT, que pide ao Goberno galego que "aposte por un novo modelo produtivo sustentable cun plan estratéxico para a industria, apoio ao I+D+i, mobilización do potencial das áreas rurais, unha aposta clara pola igualdade e unha aposta clara polos servizos públicos de calidade e pola loita contra a sinistralidade laboral". En canto ao futuro camiño do novo goberno e mesmo a posibilidade dun pacto con Ciudadanos, Carril insiste en lembrar que o PSOE "non encetou calendario ningún para derrogar as reformas laborais" e que en moitas materias "hai unha coincidencia neoliberal absoluta" dos socialistas co PP e coa formación laranxa. "O que nos preocupa é que se pretenda seguir facendo a mesma política do PP, abstraéndose do que pasou o pasado domingo e utilizando de forma tramposa ese chamamento a impedir a emerxencia da ultradereita", explica o secretario xeral da CIG, que aclara que é na mobilización e na rúa onde se lle debe lembrar ao executivo o horizonte que marca a clase traballadora. "Un pacto PSOE-Ciudadanos sería o máis desexable para o Ibex-35 pero non é a preferencia da clase traballadora nin das reivindicacións dos sindicatos de clase"Desde CCOO, Ramón Sarmiento entende que un posible pacto PSOE-Ciudadanos "sería o máis desexable para o Ibex-35" e que, "obviamente", esa non é a preferencia "da clase traballadora" nin das súas reivindicacións. "O programa da formación de Rivera está enormemente afastado do que os sindicatos de clase defendemos", recorda. Así, advirte que para "levar adiante" as reformas e axenda social que as centrais piden "cómpre un Goberno o máis estable posible, pero iso non implica necesariamente que haxa que confeccionar un executivo a varias bandas". "Máis importante sería que o partido gobernante teña capacidade de diálogo e tecer unha rede ampla de alianzas, pensando nas necesidades da maioría da poboación", di Sarmiento. "A configuración dun programa político de esquerdas e un goberno que responda a ese programa é unha necesidade obxectiva"En UGT-Galicia. José Antonio Gómez considera que para o seu sindicato "é evidente que non é o mesmo pactar con Unidas Podemos que con Ciudadanos". "A configuración dun programa político de esquerdas e un goberno que responda a ese programa é unha necesidade obxectiva; nós queremos un programa de goberno que reparta riqueza", di, ademais dun sistema impositivo "que teña unha relación directa co que se di na Constitución e, polo tanto, que pague máis o que máis ten e que nos achegue a ese do 7 ao 9% de diferenza que hai entre o Estado español e os países da zona euro".
NOS_23946
O médico e cantautor protesta así contra a súa xubilación forzosa como facultativo e contra a política "austericida" de Feixóo na sanidade pública.
Luis Emilio Batallán iniciou esta segunda feira na sede do Colexio de Médicos unha greve de fame. Un protesto, afirmou, contra a política de privatizacións e "austericida" que o goberno de Núñez Feixóo leva a cabo na sanidade pública galega. Batallán é médico e en 2013 foi afectado pola xubilación forzosa a raíz do decreto da Xunta que impediu a prórroga da carreira dos facultativos alén dos 65 anos. Unha xubilación que recorriu. A greve de fame que protagoniza é contra esa xubilación forzosa e contra os recortes sanitarios. Luis Emilio Batallán é, tamén, o autor de 'Ahí ven o maio'. Editado en 1975, está considerado como o disco en galego máis vendido. No álbum, o de Moraña versiona poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro. Un traballo imprescindíbel, que vendeu centos de miles de copias e que comprende temas que xa fan parte da historia da música en galego como 'Notas necrolóxicas', 'Quen poidera namorala' ou o que dá título ao LP.
NOS_4142
O pobo galego quixo render homenaxe ás vítimas do sinistro de Angrois enchendo as estacións ferroviarias de solidariedade
A concentración decorrida na cidade de Compostela foi a máis numerosa. A proximidade do dramático accidente --cuxo tren saiu da vía a poucos quilómetros da capital galega-- congregou a ducias de persoas no andén ao que se dirixía o Alvia Madrid-Ferrol. As asistentes a este chamado popular --entre os que se atopaban representantes políticos como o líder do BNG, Xavier Vence, e o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras-- gardaron cinco minutos de silencio na honra das 80 persoas falecidas no accidente ferroviario. Após, un emotivo e prolongado aplauso quixo lembrar ás vítimas e lanzar unha mensaxe de apoio ás familias. Perto de cinco minutos de aplausos só interrompidos ao berro de "solidariedade" foron a forma escollida pola veciñanza compostelá para conmemorar o sinistro decorrido a pasada cuarta feira. A resposta social perante a traxedia segue a ser un exemplo de dignidade. Este 25 de xullo, Día da Patria galega as organizacións políticas do país suspenderon os seus actos e manifestacións. No entanto, a bandeira da Galiza ondeou na estación de comboios compostelá para lembrar @s finad@s no día de tod@s @s galeg@s.
NOS_40254
Dous membros da Asemblea Aberta de Coia subiron ao mastro barco para pedir a absolución dun dos detidos durante os protestos no barrio vigués polas precarias políticas sociais na cidade.
Un ano despois da loita veciñal, a Asemblea Aberta de Coia retomou as protestas no barrio vigués. Dous activistas subiron por sorpresa este mediodía, cara as 14.30 horas, ao mastro do Bernardo Alfageme, o histórico buque colocado na rotonda, que foi o símbolo das protestas contra as precarias políticas sociais do Concello de Vigo. Colocaron pancartas cos lemas "Polo dereito a vivir con dignidade", "Pola xustiza social" e "Pola absolución de Diego", este último, un dos detidos durante a resistencia veciñal, que está á espera de xuízo e denunciado por presunto atentado contra a autoridade, lesións e desordes públicos. Nos arredores, o resto de activistas da Asemblea apoiaban a acción. Os activistas leron un manifesto polo aniversario da resistencia veciñal ante a mirada dunha ducia de axentes da Policía Local. Até a rotonda achegáronse tamén a Policía Nacional e o corpo de Bombeiros, que decidiron abandonar o lugar. Segundo testemuñas, os bombeiros negáronse a subir e deixaron unha escaleira na rotonda. A Policía esperou durante catro horas a que baixaran e identificounos. Ambos poderían ser sancionados, con multas que van dos 300 aos 600 euros, segundo as fontes consultadas. Dos compas subidos no barco pedindo a absolución de diego e vida digna para tods @prazapublica @SermosGaliza pic.twitter.com/EjeKHpOXgp— Asemblea de Coia (@AsembleaDeCoia) December 5, 2015
NOS_28991
O paciente sufriu un edema pulmonar agudo, que derivou en ictus, por mor dunha "dobre e indebida" prescrición de fármacos.
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de informar esta segunda feira da ratificación dunha sentenza condenatoria ao Sergas polos "danos e prexuízos" ocasionados a un doente do Hospital da Costa, en Burela, debido a unha "dobre e indebida" prescrición de betabloqueantes, o que "provocou un edema agudo de pulmón que derivou en ictus". "Non hai que ter grandes coñecementos médicos para comprender que a prescrición simultánea de dous antibloqueantes, nunha persoa con antecedentes cardíacos, ao provocarlle un menor gasto por enlentecemento do ritmo do corazón, pode xerar graves complicacións, até o punto de producir un edema agudo de pulmón como antesala ao ictus isquémico derivado", precisa a sentenza. Aliás, o tribunal apunta que "resultou acreditado" que a dose de antibloqueantes receitada "era excesiva", quer "por ignorancia médica", quer "por non atender o historial clínico do paciente". Nova condena ao Sergas: O TSXG obriga a indemnizar con 120.000 euros unha muller que sufriu neglixencias no parto O afectado, que cando sucederon os feitos tiña 71 anos, acudiu o 15 de marzo de 2016 ao hospital para que lle practicasen un electrocardiograma. "O seu estado de nerviosismo dificultou en grao sumo a súa realización", sostén o auto. Así, os xuíces explican que, ante iso, o cardiólogo que o atendeu prescribiulle un betabloqueante, "a pesar de que o doente, polos seus antecedentes cardíacos, xa tomaba, desde había tempo, outro betabloqueante". O Sergas, condenado a pagar 32.000 euros polo atraso nun diagnóstico que lle custou a vida a unha anciá A Sala asegura que o doutor que fixo a prescrición, ao afirmar que ambas as doses eran compatíbeis, "tratou de ocultar o seu indebido descoñecemento do historial clínico do paciente, no que figuraban os tratamentos farmacolóxicos que se lle viñan dispensando con anterioridade". En consecuencia, queda rexeitado o recurso presentado polo Sergas e a entidade Segurcaixa Adeslas, e confírmase a indemnización ao doente de 122.254,56 euros, á que se engadirán os "intereses legais computados desde o 1 de agosto de 2016". Contra a resolución cabe presentar recurso.
PRAZA_6317
Trátase de tres estudantes do IV Seminario Xornalismo social e cooperación internacional impartido na USC. A iniciativa está promovida pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP)
Tres estudantes do IV Seminario Xornalismo social e cooperación internacional impartido na USC atópanse en Marrocos para coñecer de primeira man a loita das organizacións locais a prol do desenvolvemento. A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) promoven esta iniciativa para sensibilizar as e os novos profesionais da comunicación sobre o seu papel na consecución dun mundo máis xusto. O obxectivo é sensibilizar as e os novos profesionais da comunicación sobre o seu papel na consecución dun mundo máis xusto Pepa Fontal (Sarria), Sara Torreiro (Arzúa) e Nuria R. Lago (A Coruña) resultaron seleccionadas para desprazarse a Nador e Tánxer canda a coordinadora da actividade en Agareso, Carmen Novas, e co apoio da delegación de ACPP en terreo. Alí están a coñecer e a visibilizar os proxectos apoiados por senllas entidades en materia de saúde, xénero, migracións, educación, medio ambiente, etc. A expedición inciouse o 10 de agosto e durante os primeiros días na zona de Nador as mozas xornalistas tiveron a oportunidade de visitar centros de mulleres onde se traballa pola igualdade ou achegarse aos campamentos nos que as e os migrantes agardan para cruzar o Estreito. Tamén puideron coñecer iniciativas para dotar de auga corrente as vivendas ou para a comercialización de peixe en condicións hixiénicas. Todo isto da man de entidades locais coma Homme et Environnement e Asticude. Ata o vindeiro luns o equipo permanecerá en Tánxer para profundar coa ONG Ahlam sobre as intervencións nas áreas educativa e sanitaria. Teñen previsto ademais achegarse ao traballo en materia de xénero de asociacións como 100% Mamans e Atawassoul, así como comprobar de primeira man a represión á que se está a someter a activistas que defenden os dereitos humanos Entrevistaranse asemade con xornalistas e feministas. Teñen previsto ademais achegarse ao traballo en materia de xénero de asociacións como 100% Mamans e Atawassoul, así como comprobar de primeira man a represión á que se está a someter a activistas que defenden os dereitos humanos. As vivencias das tres comunicadoras plásmanse no blog De Nador a Tánger, dispoñible nesta ligazón. A través das súas reportaxes, entrevistas, fotografías e vídeos amósanse ao tempo os resultados da cooperación para o desenvolvemento en Marrocos.
NOS_23284
A exclusión do Corredor Atlántico de mercadorías condena o proxecto intermodal.
Oanuncio da chegada do AVE a Galiza supuxo unha revolución socioeconómica para o país. Aínda que as datas da posta en servizo da infraestrutura non están claras, cidades como Vigo, Ourense ou Santiago teñen as súas novas estacións intermodais na lista de proxectos de maior envergadura na actualidade. Pero hai xa 20 anos que se comezou a falar de intermodalidade. Foi nunha visita do entón presidente do Goberno español, Xosé María Aznar, a Monforte para anunciar un proxecto que ía supoñer unha revolución socioeconómica na comarca de Lemos: a plataforma loxística intermodal de mercadorías, máis coñecida como porto seco. En 2014, a Xunta inaugurou oficialmente a primeira fase. Son 53.993 metros cadrados de solo empresarial nos que o Instituto Galego de Vivenda e Solo investiu preto de 20 millóns de euros e nos que a día de hoxe non hai ningunha empresa implantada. E non é porque non haxa interese, xa que dúas firmas, unha de achas de biomasa e outra de taboleiros, chegaron a iniciar os trámites, pero o feito de que non estivese rematada a urbanización, carecese de accesos e mesmo de saneamento, problema este último xa resolto, fíxolles mudar de parecer. A promoción das parcelas foi unha cuestión que mantén enfrentados ao Concello de Monforte e á Xunta. O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) incluíu o porto seco no seu programa de abaratamento de custos para a compra de parcelas, con descontos de até 50%. O departamento dependente da Consellería de Infraestruturas reclamaba do Concello as mesmas facilidades, por exemplo cunha rebaixa de impostos para facilitar a implantación. Tamén incluía á Deputación de Lugo entre as institucións que podían facer achegas para tratar de darlle vida ás instalacións. Pendentes dos accesos Pero os accesos son, con diferenza, o punto máis feble desta infraestrutura, e sen unha boa conectividade, pouco máis se pode facer. A partida de 750.000 euros para construír o quilómetro escaso que resta para conectar o porto seco coa N-120 leva tres exercicios seguidos figurando nos orzamentos da Xunta. Esa cantidade ás penas representa 15% do total do investimento, que a propia Administración cifra en 4,75 millóns de euros. Unha das escusas esgrimidas polo Goberno galego para non executar esa partida de gasto era que fomento estaba a traballar no desdobramento da N-120. Finalmente será a Xunta quen execute esta actuación. De feito, o pasado 13 de xaneiro, o Goberno galego anunciou a licitación por 24,6 millóns do desdobramento do corredor entre Monforte e Lugo, pero lonxe de facelo na capital da comarca e no treito que máis pode beneficiar á posta en marcha do porto seco, apostou en comezar polo treito entre A Pobra de San Xiao e Sarria. Con todo, independentemente de que se faga o desdobramento ou non, o enlace estivo a punto de ser unha realidade, pero foi o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) quen negou o permiso á Axencia Galega de Infraestruturas, á que poñía como condición a supresión dun paso a nivel sen barreiras na zona do que xa lle advertira en 2018. A Xunta, pola súa banda, considera que debería ser a Confederación Hidrográfica Miño Sil quen asuma a supresión de dito paso pola presencia dunha canle de regadío do Val de Lemos. Namentres, o polígono segue sen o enlace que condiciona a súa operatividade. Outra das carencias do porto seco de Monforte, situado á beira das vías do tren, é un peirao de carga intermodal para realizar os intercambios de mercadorías de ferrocarril a camión. Nos proxecto estaba contemplada esta dársena de 130 metros, pero de momento non logrou dar o salto do plano á realidade. Ante esta situación, o alcalde da vila monfortina, Xosé Tomé, non albisca un futuro moi prometedor para o polígono. "Ningún empresario vaise instalar nun porto seco que non dispón de accesos por estrada nin ten un operador que o xestione", recoñecía hai uns meses. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.
NOS_50957
Durante catro días o Complexo Hospitalario de Ferrol sufriu unha afluencia continua de pacientes que alterou o funcionamento normal das urxencias e doutros servizos do hospital Arquitecto Marcide. A incidencia da gripe agravou o problema.
O Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol viviu catro días de colapso coincidindo coa celebración dos Reis e do patrón da cidade. Catro xornadas festivas nas que a entrada continuada de doentes con problemas crónicos, moitos afectados pola gripe, incrementou as exixencias asistenciais, desbordou os equipos de urxencias e copou as camas dispoñíbeis na planta de medicina preventiva e na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), entre outros servizos, segundo denunciaron representantes dos traballadores sanitarios. Os sindicatos critican unha reacción tardía por parte da dirección do centro de referencia, o Arquitecto Marcide, que se viu na obriga de activar o plan de continxencia de inverno e recorrer ás unidades de apoio previstas na área sanitaria. Dunha banda, a apertura da segunda planta do hospital Naval, con 36 camas reservadas para este tipo de continxencias, e doutra, o desvío de pacientes ao hospital xeral Juan Cardona, de titularidade privada. "Poñer en marcha a planta do Naval require a contratación dun equipo completo de profesionais eventuais, que xa son os que soportan boa parte da actividade sanitaria destas datas", sinalan os delegados sindicais. A situación comeza a normalizarse, apuntan, grazas tamén a que se activaron as visitas e as altas durante os festivos.
NOS_29249
O recorte masivo por envío postal en pleno agosto que afecta a máis de 400.000 persoas con dependencias é o tema central deste número 109 que chega na metade de agosto, sen que a redacción de Sermos Galiza se deteña. . Xa na nosa loxa.
De "demolición controlada" cualifican as organizacións sociais a medida do goberno de PP e iso vese tamén ás claras ao analizar un exemplo concreto, o de Ferrol, poñemos por caso, no que as asociacións de drogodependentes e enfermos con VIH están contra as cordas mentres tamén agoniza o Centro de Orientación Familiar. Vintecinco anos despois da revolta que mudou o futuro de Allariz, o seu actual alcalde, participante naqueles acontecementos, lémbranos nunha entrevista de Olalla Rodil o que significou a participación activa da veciñanza no cambio do goberno municipal e a evolución deste concello que deu un xiro recoñecido en todos os ámbito contra é a situación de Compostela que a meses das municipais está a recibir un "desembarco" da Xunta co fin de recuperar para o PP o goberno despois do fiasco de dous alcaldes dimitidos, inhabilitacións e un longo historial xudicial. Diversos focos fitan atención na situación internacional, a comezar pola loita popular contra o fascismo en Ucraína, a análise dos efectos do Ébola ou a crónica de como está vivindo Catalunya os meses previos á consulta, un panorama de grande intensidade política. Como o lecer á fantástico para a lectura, na sección de cultura recuperarmos o primeiro discurso de Manuel Murguía en galego e unha nova entrega de "Un ollo de vidro", reflexións encol de debuxos de Castelao que neste número asina Mª do Carme García Negro. Aos escritores Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer concédenlle o Premio á recuperación da Memoria Histórica da Fundación Alexandre Bóveda e nós achegámonos a súa traxectoria na semana na que se conmemora o Día da Galiza Mártir. É verán, tempo de actividade cultural e festeira mais o colectivo de artistas atopa os espazos de concertos e teatros ocupado polas "estrelas" de fóra que fan nesta terra o seu agosto. Reclaman espazos para a cultura galega e nós facémonos eco da súa demanda. Se o sol peta, nada mellor que as praias de Carnota, onde nos conduce o colectivo XEA nas "Viaxes na miña terra". Tamén á crítica chega o tempo vacacional e Mario Regueira achégase ao Libro-CD "Estamos no verán", de Xoán Curiel e Charo Pita. Para a contra, o actor e moitas máis cousas Rubén Riós que leva no nome artístico o topónimo do seu lugar de orixe, onde esta semana se desenvolve o Festival da das Artes Escénicas do que é director.
PRAZA_1178
A plataforma compostelá celebra un mitin con escenografía de concerto como acto central de campaña. "Algúns estiveron máis ocupados en imputacións que en gobernar" e "hai xente máis preocupada por que lle poidan mover os marcos da derrota" que polo cambio, di Noriega
Martiño Noriega confesou entre risos nalgunha ocasión que unha das súas ilusións pendentes consiste en saír do backstage da Sala Capitol e dar un concerto. Pero non toca ningún instrumento musical, así que "sempre me toca dar mitins". Na noite deste martes Noriega non saíu dende backstage, senón do que noutrora foi o patio de butacas do antigo cine compostelán. E deu un mitin, pero acabou cantando Monte Viso, a canción que tornou en himno da plataforma Compostela Aberta, xunto ao resto de membros dunha candidatura que, afirma, convida a elixir entre "escurantismo e alegría" o vindeiro 24 de maio. O candidato non as tiña todas consigo poucos minutos antes do comezo, confesou. A Capitol é o suficientemente ampla como para non poder tapar un picazo. Pero a organización escorrentou os temores cando viron que a parroquia lles respondera á chamada para un acto que, efectivamente, era un mitin, pero coa escenografía, os modos e as maneiras dun concerto ou, sinxelamente, dunha festa. Por iso comezou coa música do grupo Chévere e co actor Miguel de Lira a explicar que a cita era para recibir a "marea" que, asegura, vai chegar a Raxoi, e tamén para "despedir aos que marchan" e acalmarlle tamén os ánimos a un Alberto Núñez Feijóo ao que ve "obsesionado con Venezuela". "Non me volvo durmir", proclamou unha das cancións que deu paso ás breves intervencións de varios membros da lista a comezar por Víctor Ferreira, simbólico número 25 -"non vai chegar a alcalde", prometen- que formou parte do primeiro goberno do socialista Xerardo Estévez e que xustifica na excepcionalidade do momento o seu retorno á política. "Venceremos nós, xa llo dixen ao Agustín", dixo ironicamente Concha Fernández, membro da lista e responsable do apartado de políticas sociais no programa da plataforma, resumido no acto polos aspirantes a edís en materias como medio ambiente, educación, cultura ou urbanismo. "Algúns estiveron máis ocupados en imputacións que en gobernar" e "hai xente máis preocupada por que lle poidan mover os marcos da derrota" que polo cambio, di Noriega O presentado como "mitin chou" achegouse á súa fin coa intervención do cabeza de lista. Nun monólogo, máis que discurso, duns 10 minutos de duración Noriega presentou as súas credenciais para encabezar a fin do goberno que "puxo o nome da capital de Galiza na prensa internacional" vinculado á "corrupción". "Algúns estiveron máis ocupados en guerras partidarias, imputacións, desimputacións e inhabilitacións que en gobernar a cidade", reprocha. E agora, lamenta, "hai xente máis preocupada por que lle poidan mover os marcos da derrota" que polo cambio de goberno. Fronte a este escenario, asegura, Compostela Aberta vai actuar como "lugar de encontro" e tamén como "goberno" tras un mandato do PP que, di, é posible resumir en "catro anos, tres alcaldes, doce semáforos". O vindeiro domingo, di Noriega, "a xente ten que escoller entre os que pisan e os que prantan, entre a privatización partidaria e a aposta de gobernar para os máis". "Non nons enfrontamos só contra o PP, enfrontámonos a moitas máis cousas", incluíndo os "poderes" da cidade, asegura. Pero fronte a eles, augura, "imos facer algo histórico". "Exerzamos a dignidade, o sorriso, a república e a alegría", instou antes de que os músicos volvesen tomar o escenario. O alcaldable achegouse ao ansiado backstage, pero os artistas conducírono aos micros para facer os coros do Monte Viso: "En maio de 2015 o corpo pide participar", cantaron. Se están ou non no certo saberano en catro días.
NOS_1550
Foi convidada como exemplo de compromiso local na loita contra o cambio climático.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, viaxa cara á París para se sumar ás delegacións internacionais que participan na Cimeira do Clima (COP21). Pontevedra será a única cidade galega presente ponente. A cidade do Lérez foi convidada polo relator das Nacións Unidas para as cidades e o cambio climático, Michael Bloomberg, e a rexedora de París, Anne Hidalgo. No encontro, múltiples cidades de todo o mundo asinarán un pacto local global de loita denominado Compact Mayors. Unha alianza da que, até o de agora, non facía parte ningunha outra cidade do Estado español mais que abrangue un nutrido grupo delas por todo o mundo como Melbourne e Sydney (Australia), París (Franza), Vancouver, Montreal (Canadá) ou Caracas (Venezuela), entre outras, e á que tamén se sumarán Barcelona, Zaragoza, Donosti, Bilbo, Errentería e Vitoria ou Lisboa, Almada, Matosinhos e Braga, entre outras moitas. Desde 1996 Pontevedra reduciu o 66% das emisións de CO2 á atmosfera Con ela visan enviar "unha forte mensaxe de concienciación a todo o mundo" e para iso quixeron contar con Pontevedra como emblema de "liderado" en "accións relacionadas co clima urbano". Este convite supón máis un recoñecemento internacional para a cidade do Lérez, xunto co galardón recollido en Hong Kong, o Hábitat da ONU e o Intermode de Bruxelas. Toda unha serie de premios que valoran a transformación urbana desenvolvida desde 1999 en Pontevedra e coa que o goberno municipal, en mans do BNG, conseguíu reducir o 66% das emisións de CO2 á atmosfera o que a sitúa os 365 días do ano dentro dos parámetros recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS).
NOS_36741
A empresa portuguesa Altri defendeu o seu proxecto para instalar en Palas de Rei a primeira fábrica de fibras téxtiles do Estado español, e segunda de Europa
A empresa portuguesa Altri defende que o seu proxecto para instalar en Palas de Rei (comarca da Ulloa) a primeira fábrica de fibras téxtiles do Estado español, e segunda de Europa, debería ser merecedor dun Proxecto Estratéxico para a Transformación e Recuperación Económica (Perte) específico dado o "importante" investimento que carrexa, aínda que, tras manter conversacións co Goberno estatal, admitiu que o ve difícil. En todo caso, ficaría aberta a vía de "encaixar" o proxecto noutros Pertes ligados aos fondos 'Next Generation', aínda que dada a dimensión do mesmo, supón "todo un reto". Aínda así, mantén "a esperanza" e ratificou o calendario: espera ter información sobre o financiamento antes de que acabe o ano e, despexado ese panorama (a firma busca axudas por máis de 200 millóns), "nun par de meses" aprobaríase o proxecto. Cando decidirá Altri a ubicación da súa fábrica de viscosa? Segundo este cronograma, na primeira metade do ano 2023 podería ficar despexado o futuro do proxecto de Altri Acordo con Greenalia A compañía lusa tamén sonda a incorporación de socios locais e xa se fechou un acordo con Smarttia, empresa propiedade de Manuel García Pardo, principal accionista de Greenalia. Así o ratificou o vicepresidente do comité executivo de Altri, Carlos Van Zeller, en declaracións aos medios no marco da 'I Xornada Divulgativa sobre ou labor de Impulsa Galicia', sociedade na que participan Xunta, Abanca, Sogama e Reganosa, e que aspira a captar investimentos. A Xustiza fai efectiva a paralización cautelar do parque eólico Campelo, de Greenalia "Para nós é un orgullo participar de forma activa nun dos proxectos máis transformadores da economía galega e nacional, con clara proxección internacional. Estamos seguros de que esta iniciativa será todo un referente mundial en innovación e sustentabilidade, trasladou Manuel García.
NOS_57832
A exposición "Tecendo a historia" recompila algúns dos tapices feitos por Luís Seoane e María Elena Montero sobre a historia e as tradicións galegas. Pódese visitar na Fundación DIDAC até o vindeiro 7 de abril.
Luís Seoane é un dos máis prolíficos intelectuais galegos do s. XX. A súa foi unha vida dedicada ao activismo, á escritura e ao xornalismo. Tamén ás artes gráficas, ámbito no cal se consagrou como un dos máis importantes pintores galegos do século pasado. Como artista, ademais dos seus labores sobre o óleo, desempeñou traballos como debuxante, gravador e deseñador (de libros e cerámica). Dentro da súa recoñecida publicación artística, cómpre destacar a non tan coñecida colaboración coa artesá María Elena Montero, coa cal realizou unha serie de vinte tapices sobre Galiza. Estas obras viron a luz por primeira vez no ano 1979 na galería Citania, en Compostela, nunha exposición que Seoane nunca chegou a presenciar a causa do seu falecemento meses antes. Case corenta anos despois da súa mostra, a Fundación DIDAC recupera parte dos tapices nunha exposición que se pode ver na súa sala desde o pasado 20 de febreiro ata o vindeiro domingo. Tecendo a historia A exposición está composta por once das obras, acompañadas dalgúns dos cartóns e pantonarios orixinais que os autores utilizaban na súa creación. A tradición e os costumes galegas son os protagonistas destes tecidos. As pezas representan os elementos do rural galego. Retratan personaxes como as marisqueiras e o campesiñado e escenas como a sega e a batalla dos irmandiños. A súa foi unha colaboración transatlántica. Luís Seoane, exiliado en Bos Aires, deseñaba os cartóns que posteriormente Mª Elena Montero tecía no seu taller na Coruña. Para iso, contaban coa axuda dos pantonarios, unhas barras con diversas las enroladas cuxas cores estaban identificadas cun número. O intelectual realizaba os bosquexos en grandes pezas de tea, nas cales marcaba en vermello o perfil das figuras e en negro os números das cores de cada fragmento.
NOS_5576
Rutas Vivas ofrece un roteiro que percorre a historia destes animais no noso país.
Na Galiza había baleas e cazábanse. Unha historia pouco coñecida do noso país mais que se prolongou até ben entrado o século XX. Agora, a empresa Rutas Vivas, que ofrece servizos de guía por espazos naturais protexidos, recupera a súa pegada através dun roteiro. "O título é unha brincadeira", asegura Fernán López en conversa con Sermos Galiza, referíndose a "pastoreando baleas". O seu obxectivo, di, é "facer un percorrido pola historia da caza de baleas e reflexionar sobre os recuros naturais". Neste senso, di, "plantexamos que pasaría se no canto de exterminar se empregase un criterio de sostibilidade". A situación, afirma, "sería distinta" pois, moi probabelmente, estes mamíferos acuáticos non terían desaparecido das nosas costas. Cando menos, non algunhas das especies que máis presenza tiñan como a balea franca. O roteiro é o resultado dun "proceso de investigación" que se prolongou durante "meses", explica López. No seu cerne, di, "o máis importante" do roteiro é "que o público leve unha idea da importancia que tivo para o país a caza da balea", mais tamén, "da súa desaparición". Da Atalaia a Caneliñas Neste senso, o proxecto consta de "dúas partes" que se desenvolven entre San Cibrao e Cee. "San Cibrao foi o porto de referencia" e conserva "o topónimo da Atalaia onde se divisaban as baleas", embora o primeiro ser o de Priorio. Aí comeza a andaina, co despregamento "dunha lona que xira sobre un caxato e un arpón". Esta imaxe, situada nun espazo natural "é espectacular", afirma Fernán López. "Impresiona". O roteiro pasa pola carpintaría de Francisco a última en facer embarcacións artesás A continuación a seguinte parada é unha "carpintaría de Ribeira, a última que fai barcos artesáns" e na que o seu artesán, Francisco, fixo reproducións das embarcacións baleeiras. Nese lugar, "falamos da figura do arponeiro e das lendas das baleas". A terceira parada leva @s visitantes até o Museo do Mar onde se atopa unha sala específica sobre a comercialización do cachalote e a balea franca, as principais especies ás que se lles deu caza na Galiza. O último exemplar foi cazado en 1985 e o porto de Caneliñas (Cee) era o principal punto de venda pois alí se localizaba unha das factorías máis importantes. Neste emprazamento, Rutas Vivas propón coñecer "un enfoque máis moderno a respeito da caza e do aproveitamento do animal" através da cartografía da época.
PRAZA_1080
A Xunta Electoral abre expediente sancionador contra dúas candidatas populares por "intento de manipulación do voto" nunha residencia de anciáns e por "presións" a outro vello con asistencia domiciliaria tras os vídeos que achegou o candidato e alcalde socialista.
A Xunta Electoral da Zona de Ourense vén de abrir un expediente sancionador contra dúas das candidatas do PP de Amoeiro por "tentativa de manipulación do voto" nunha residencia de anciáns e por "presións" cara a outra persoa maior que recibe asistencia domiciliaria. A Xunta Electoral atende a denuncia que o alcalde de Amoeiro presentou acompañado de vídeos nos que se denunciaban as presións Reacciona así ante a denuncia do PSdeG, cuxo candidato e rexedor na localidade, Rafael Rodríguez Villarino, denunciara achegando vídeos nos que a administradora da devandita residencia e dous anciáns relataban as presións das políticas do PP, traballadoras tamén do Concello nalgún caso, para "intentar manipular o voto por correo dunha persoa maior en situación de dependencia e con mobilidade reducida". Estas imaxes, adiantadas por este diario, explicaban as vellas prácticas caciquís e de carretaxe dos populares. As candidatas son expedientadas por "intentar manipular o voto por correo dunha persoa maior dependente e con mobilidade reducida" Nun comunicado, o PSOE confirma o expediente e censura a "actitude amoral e antidemocrática" na busca do voto. Así, destaca que non son "feitos illasdos", senón que se producen "outros semellantes" noutros puntos de Ourense. Segundo din, unha candidata do PP de Vilardevós tamén foi denunciada por substraer a documentación para votar por correo. Os socialistas destacan que estas prácticas repítense "acotío" e sempre teñen como protagonistas "candidatos do PP" e "como vítimas" persoas maiores que viven soas ou en residencias. O pasado luns, o PSdeG de Amoeiro presentou unha denuncia ante a Xunta Electoral por un posible delito electoral cometido polo PP da mesma localidade. Para iso achegaron dous vídeos, gravados polo candidato e rexedor. No primeiro deles, a administradora dunha residencia de anciáns conta como tres traballadoras do Concello (dous auxiliares de axuda no fogar e unha administrativa), que á súa vez se presentan nas listas do PP, recomendábanlle que facilitase o voto por correo dos anciáns ao seu cargo, co fin de orientar o seu voto en plena precampaña. A denuncia foi presentada logo de que a directora da residencia advertise das prácticas irregulares do PP No segundo vídeo achegado como proba á Xunta Electoral xúntase toda a esencia do mal gusto, da falta de ética na manipulación de anciáns impedidos co fin de orientar o seu voto, pondo ao seu servizo todos os medios da ben engraxada maquinaria electoral do PP. Son dous vellos os que explican como as xa mencionadas traballadoras de axuda no fogar, Silvia Gómez Manso (candidata) e Natalia Vázquez Rodríguez (irmá doutro candidato do PP), presentábanse -fóra do seu horario laboral- na casa de dúas ás que coidan durante a semana para facer descaradamente campaña electoral a favor do PP. O alcalde de Amoeiro aclarara a Praza que a denuncia de carretaxe non foi iniciativa propia, senón que xurdiu tras a chamada da directora da residencia de anciáns. "Estaba consternada e preocupada e comezamos a atar cabos e fomos dándonos conta do que se estaba argallando; foi daquela cando fomos a un domicilio para comprobar o que se denunciaba", explica.
NOS_44695
Escotet trata de pór freo ás criticas por excluír as persoas maiores dos servizos financeiros.
O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, visitou onte en Cenlle un dos tres caixeiros que a empresa pública Correos instalou en concellos do rural que non contaban até entón con servizos financeiros. Trátase dunha iniciativa que persegue acabar coa exclusión financeira nestes municipios e que se suma ao proxecto Correos Cash, que permite facer operacións de efectivo e de pagamento de recibos e taxas a través dos carteiros rurais. "Este servizo non ten que suplir a atención presencial", indicou Miñóns, quen anunciou que o obxectivo é instalar 80 caixeiros en concellos do rural nos que na actualidade non está presente ningunha entidade financeira. O delegado tamén explicou que de momento só están adheridos ao programa dos carteiros rurais, que permitirán ás persoas que viven lonxe dun núcleo con servizos bancarios programar operacións de caixa só con identificarse e dar o nome da entidade, o Banco Santander, Ibercaja e Banco Mediolanum, aínda que manteñen negociacións "avanzadas" con Abanca e as caixas rurais. Abanca Precisamente, a entidade galega, cuxo conselleiro delegado, Francisco Botas, lembraba a semana pasada, durante a presentación de resultados, que Correos só ten oficinas en 17 concellos nos que non hai servizos bancarios, anunciou onte o seu compromiso manter abertas as oficinas nos 134 municipios onde é a única entidade e de ampliar o horario de caixa para as persoas maiores. Facíao após ser preguntado pola instalación de 39 caixeiros no rural que a Xunta adxudicou á entidade presidida por Juan Carlos Escotet a cambio dunha axuda de 2,88 millóns de euros. Atención a persoas maiores Respecto das modificacións, segundo explica Abanca nun comunicado, desde mañá ampliarase o horario de atención en caixa até as 14 horas para as persoas maiores que o necesiten, un servizo que só prestaba os días de cobro das pensións e que agora Abanca amplía a todos os días do mes. Con estas medidas, a entidade trata de pór freo ás criticas por excluír as persoas maiores ao reducir a atención presencial e aumentar o fechamento de oficinas na Galiza ─fecharon medio cento en 2021─, que se fixeron visíbeis nas rúas, como a protesta que decorreu esta segunda feira ante unha das súas sucursais na Coruña e na que participou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.
PRAZA_16235
A pesar dos axustes e os recortes nos orzamentos públicos, que afectan moi directamente as funcións públicas de benestar, seguen financiándose con diñeiros públicos obras faraónicas
Debo recoñecer que cando escoito ou leo a algúns economistas, incluso tratándose de economistas que recibiron o premio Nobel (por certo, a quen se lle ocorreu tamaño dislate de dar un premio tan prestixioso aos economistas?), sinto vergoña allea. Ven esta confesión a conto de que, aínda hoxe en día e a pesares do tempo transcorrido, seguen estando vixentes en moitos círculos do pensamento económico as teses que defenden que os recursos son escasos –"recursos limitados fronte a necesidades crecentes"- polo que a opción que nos queda aos seres humanos é a de escollelos axeitadamente. Perdón, con eficiencia para o que "é precisa a axuda da ciencia económica" (?). Como probas contundentes desta escaseza dos recursos serían, por caso, o crecente número de familias que pasan fame, os imprescindibles recortes do gasto nos servizos públicos e nas pensións, as necesarias rebaixas nos salarios, etc. Feitos todos que se xustifican co argumento de que os recursos son escasos e non poden chegar a todos: a oferta non cobre a demanda. Lembremos aquilo non moi lonxano de que "vivimos por riba das nosas posibilidades". Fronte a estas teses, auténticos dogmas, un atópase por caso coa realidade inmediata de España onde mentres se incrementa o número das familias que pasan fame (30.000 familias con nenos segundo UNICEF), polo que teñen que acudir aos comedores creados por organizacións non gobernamentais para cubrir as súas necesidades básicas, un crecente numero de toneladas de alimentos se tiran: segundo as fontes mais solventes (Ministerio de Agricultura) unha media de 7,7 millóns de toneladas de alimentos se desperdician cada ano en España (170.000 toneladas en Galiza que se converte así nunha das comunidades onde se desperdician menos alimentos). Como a pesares dos axustes e os recortes nos orzamentos públicos, que afectan moi directamente as funcións públicas de benestar, seguen financiándose con diñeiros públicos obras faraónicas, por caso AVEs (un gasto público acumulado que xa supera os 52.000 millóns de euros) e vías rápidas (un gasto programado de 104.000 millóns de euros para o período 2017/2021). Ao tempo incrementase o gasto público militar (8.700 millóns de euros no ano 2017 que quedarán pequenos diante dos 18.000 millóns que están previstos para o ano 2024) e/ou farmacéutico (un gasto de 16.500 millóns de euros no ano 2016, pero que se calcula superará os 23.500 millóns no 2020) e se rescatan bancos (cun custo superior aos 100.000 millóns de euros dos que xa se recoñece que un mínimo de 60.000 millóns son irrecuperables) e empresas construtoras (4.500 millóns de euros). Actuacións que teñen como efecto inmediato que, a pesares dos recortes, se dispare o gasto en débeda pública (quen xa ascende a 1,14 billóns de euros que equivalen ao 98,7% do PIB español). Como ao tempo que se rebaixan os salarios, sen por elo evitar que o desemprego se manteña en niveis moi elevados (16,6%) e que a débeda privada das familias siga sendo moi alta (545.000 millóns de euros que equivalen ao 49% do PIB), o peso das rendas de capital na riqueza global non para de medrar (42% do PIB) e se disparan as ganancias das sociedades do IBEX 35 (pecharon o ano 2016 cunhas ganancias estimadas por un valor de 31.000 millóns de euros segundo a CNMV). Como podemos ver, as teses sobre a escaseza dos recursos non resisten o contraste con as realidades diarias o que leva a que moitos economistas pensemos que as evidencias empíricas desmontan con rotundidade os dogmas que sustentan a economía da escaseza. Unhas evidencias que mostran, por caso, que si moitas familias pasan fame é tanto por que o modo de produción e consumo dominante non ten como o obxectivo o pleno emprego senón a máxima ganancia que turra do desemprego e crea desigualdade, como por que se recortan os servizos públicos de benestar deixando a moitas familias indefensas. Que si hai recortes no gasto público é por que se busca potenciar a privatización das funcións públicas de benestar, o que favorece as rendas de capital, sen por elo evitar que se dispare a débeda pública para maior e mais grande negocio dos bancos e os seus socios financeiros principais posuidores dos bonos. Que hai rebaixas salariais para así conseguir incrementar as ganancias dos empresarios ao tempo que se forza as clases populares a endebedarse, mais frecuentemente e en maior cantidade, para beneficio tamén dos bancos. Que si hai déficit non é por que se gaste moito senón por que non se queren aumentalos ingresos públicos o que esixiría unha reforma fiscal que gravara con xustiza as rendas de capital e se combatera eficazmente a fraude fiscal que deriva fundamentalmente das grandes fortunas. Estes aparentes paradoxos non fan mais que poñer en evidencia que a economía nin é ciencia nin moito menos é exacta. Que unha mesma realidade pode ter diferentes interpretacións segundo o punto de vista, e os intereses de quen as fagan. Que en economía non hai verdades absolutas senón intereses diferentes ou, como moi ben nos explicou Carlos Marx, loita de clases. Pero … os economistas non facemos mais que equivocarnos: non vos fiedes de nos e non nos fagades moito caso (JUAN TORRES: "Economía para no dejarse engañar por los economistas" Ediciones DEUSTO). Publicidade <a data-cke-saved-href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; target=&#39;_blank&#39;><img data-cke-saved-src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e&#39; src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e&#39; border=&#39;0&#39; alt=&#39;&#39; /></a>
NOS_29164
A seguinte proba da ferrolá será o vindeiro 1 de agosto e a nadadora de Pontevedra terá que competir hoxe mesmo ás 20:55 horas.
A participación galega nestes Xogos Olímpicos de Londres comezou coa intervención feminina. O primeiro día foi a arqueira ferrolá Iria Grandal quen conseguiu un 53º posto cunha puntuación de 618 na primeira proba de tiro con arco, polo que se enfrontará na primeira proba eliminatoria á colombiana Ana María Rendón o 1 de agosto ás 15:39 horas.Doutro lado, a nadadora pontevedresa Beatriz Gómez pasou a semifinais despois de acadar hoxe o cuarto posto na súa serie cun tempo de 2:13.93, a 3:30 da norteamericana Caitlin Leverenz. A seguinte proba disputarase tamén hoxe ás 20:55 horas e a galega participará na serie 2.
NOS_54375
O portavoz nacionalista denunciou a actual situación e falou do goberno galego, a democracia, Europa e os retos do BNG. Tamén anunciou que o Consello Nacional aprobou o recoñecimento como colectivos organizados no seo do BNG do Movemento Galego ao Socialismo e de Abrente, Esquerda Democrática Galega.
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, abriu hoxe o Consello Nacional do BNG cunha intervención na que analisou o traballo realizado pola formación nacionalista desde a anterior sesión plenaria do máximo órgao entre asembleas. Anunciou que o Consello Nacional aprobou o recoñecimento como colectivos organizados no seo do BNG do Movemento Galego ao Socialismo e de Abrente, Esquerda Democrática Galega, e pasou a valorar a situación da Galiza como de "de emerxencia nacional" por termos "o pior goberno da historia". O portavoz nacional acusou directamente a Feijóo de ser corresponsábel da case que inevitábel "expatriación do aforro galego", espolio que se vai producir no medio do "escándalo das indemnizacións multimillonarias" dos directivos e da estafa das participacións preferentes, "sen que en ningún momento Feijóo teña reaxido". Non se esqueceu dos cambios e inseguridades do propio presidente da Xunta no tema das caixas e as súas actuacións os últimos días. "Señor Feijóo, Comisión de Investigación, xa!". exixiu. Guillerme Vázquez considera que este é o "pior goberno galego da historia" Democracia e EuropaGuillerme Vázquez considera que "obstruír as ILPs sobre a sanidade ou preescolar na casa" é unha actitude que "limita o exercicio da Democracia". Como apuntamento denunciou que o "esperpento" de goberno demóstrase por ter un conselleiro de Industria "que ten a súa propia industria, pero en Portugal!". Tamén lembrou as promesas electorais que agora Feijoo repite "sen ter realizado" as anteriores, en referencia oa anuncio de construción de once centros de saúde.Sobre o tema do rescate da banca, o portavoz nacionalista acusou a Bruxelas de "non salvaron o pobo galego do espolio que non cesa" e pasou a enumerar os recortes que virán. "A partir de mañá, haberá que pagar máis polos medicamentos. Subirá a luz un 4 por cento. Aumentará tamén o prezo do gas. O da bombona de butano nun 6 por cento. E no horizonte agárdanos o aumento do IVE. Subirán os prezos de todos os produtos, tamén os de primeira necesidade, nun contexto en que os salarios continuarán a descer", dixo Guillerme Vázquez.25 de xulloO BNG está a traballar "moito e ben", asegurou o portavoz nacional, "e debemos traballar aínda máis e mellor" porque, asegurou, a grave situación de crise económica e social "así o require". Para Guillerme Vázquez as tarefas do vindeiro período para o BNG son "combater politica e socialmente as desastrosas políticas do PP e difundirmos as nosas alternativas". No imediato, sinalou, o desafío é o de facer do Día da Patria Galega "un gran día de mobilización baixo o lema de Rescata os Teus Dereitos. En Bloque Podemos".
NOS_39591
Estas dúas medidas fazem parte do pacote excepcional e temporário aprovado na quarta-feira pela Assembleia da República.
A lei que suspende denúncias de contratos de arrendamento, execução de hipoteca sobre casas e despejos já está em vigor, informa a agência de notícias Lusa. Segundo a lei publicada na quinta-feira à noite em Diário da República, ficam suspensas pelos senhorios as denúncias de contratos de arrendamento (habitacionais e não habitacionais), assim como as execuções de hipotecas sobre imóveis que sejam habitação própria e permanente. A legislação suspende ainda acções legais de despejo, "os procedimentos especiais de despejo e os processos para entrega de coisa imóvel arrendada, quando o arrendatário, por força da decisão judicial final a proferir, possa ser colocado em situação de fragilidade por falta de habitação própria". ⚠️Suspensa a data de pagamento da Taxa Social Única de 20 de março⚠️ Na sequência das medidas anunciadas pelo Governo de diferimento das prestações de Seg. Social, foi suspensa a data de pagamento, que terminava amanhã, 20 de março, das contribuições devidas à SS das empresas.— Trabalho PT (@trabalho_pt) March 19, 2020 Estas medidas de resposta à crise provocada pela COVID-19 fazem parte do pacote de medidas excepcionais e temporárias aprovado na quarta-feira pelo Parlamento e saído na passada semana do Conselho de Ministros. A proposta de lei foi aprovada sem votos contra e com a abstenção do PCP-PEV e da deputada não inscrita Joacine Katar Moreira. Debate parlamentar O PS e o PSD acabaram por recusar a quase totalidade das propostas dos partidos que aumentavam muito a despesa (como o alargamento por três meses do pagamento dos subsídios de desemprego ou bolsas de investigação que terminassem agora, que o Bloco reivindicava) ou que faziam imposições pesadas para os patrões, como a proibição de despedimentos. Aceitaram, no entanto, que sejam suspensas as acções de despejo durante o período em que vigorar a pandemia e que não possam ser cortados os abastecimentos de água, luz ou gás por falta de pagamento devido a desemprego, quebra dos rendimentos ou por o cliente sofrer da COVID-19.
NOS_6709
Para a multinacional con sede en Arteixo non hai crise. No último exercicio fiscal gañou 1.932 millóns de euros. O consello de administración aprobou a entrega de beneficios.
O grupo téxtil Inditex distribuirá entre os seus accionistas a partir de hoxe un total de 560,99 millóns de euros en concepto de dividendo ordinario a conta, a razón de 0,90 euros brutos por acción. O fundador da compañía, Amancio Ortega, ingresará 332,64 millóns de euros, xa que ten o 59,294% do capital. O presidente do grupo, Pablo Isla, levará preto de 325.000 euros polas 361.064 accións que controla, representantivas do 0,058% do capital.Este dividendo forma parte da retribución ao conxunto de accionistas aprobada polo consello de administración para o presente exercicio, que sumará un importe total de 1,80 euros por título, un 12,5% superior ao do ano anterior.Desta cantidade primeiro pagaranse 0,90 euros por acción como dividendo a conta, logo no mes de novembro se repartirán 0,90 euros por acción en concepto tanto de dividendo complementario como de dividendo extraordinario.O presidente e conselleiro delegado de Inditex, Pablo Isla, é o executivo mellor pagado do Estado español. O ano pasado percibiu unha remuneración de 4,3 millóns de euros. Ademais a xunta de accionistas de Inditex aprobou un plan para entregarlle 221.264 accións da compañía valorado, a prezos actuais de mercado, en 15,8 millóns de euros. O presidente e conselleiro delegado de Inditex cobra 4,3 millóns de euros Inversión en CatalunyaInditex apostou por Catalunya para situar o centro loxístico de Massimo Dutti. Na localidade de Tordera inaugurarase antes do verán un impresionante complexo en que investirá 190 millóns de euros. A previsión do xigante téxtil é xerar de forma directa 500 novos postos de traballo.Con presenza en 82 mercados con máis de 5.500 tendas dos seus oito formatos comerciais (Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Uterqüe), a multinacional gañou 1.932 millóns de euros no último exercicio fiscal, un 12% máis, e elevou as súas vendas un 10%, até 13.793 millóns. O grupo propietario de Zara prevé investir durante o exercicio en curso 950 millóns de euros e incrementar a súa superficie comercial dentro dun rango de entre 480 e 520 novas tendas, con que superará os 6.000 establecementos.
PRAZA_9291
Á mesma hora na que comezará en Madrid a manifestación de PP, C's e Vox pola suposta ruptura de España, en Santiago SOS Sanidade concentrará as reivindicacións que salfiren Galicia de alertas por carencias no Sergas
Cando, o vindeiro domingo 10 de decembro ás 12 da mañá comece na madrileña praza de Colón, baixo a bandeira de España que ordenou instalar o Goberno de Aznar, a mobilización nacionalista convocada por PP e Ciudadanos e secundada por Vox contra as negociacións do Executivo de Pedro Sánchez coas forzas independentistas catalás, na Alameda de Santiago emprenderá a marcha outra manifestación. Leva semanas convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública e pretende, un ano despois da concorrida protesta contra a reforma sanitaria de Feijóo, concentrar as reivindicacións que nos últimos meses salfiren o país de alertas por carencias no Sergas, dende os ambulatorios ata os hospitais. Á mesma hora na que comezará en Madrid a manifestación de PP, C's e Vox pola suposta ruptura de España, en Santiago SOS Sanidade concentrará as reivindicacións que salfiren Galicia de alertas por carencias no SergasAínda que a vaga mobilizadora contra a reforma sanitaria non decaeu tras a súa aprobación en febreiro de 2018, o movemento foi aguilloado por un punto de inflexión dramático, o falecemento dun paciente sen ser atendido no Punto de Atención Continuada (PAC) da Estrada no mes de agosto. O persoal dos PAC, precisamente, levaba xa daquela meses a protestar contra a falta de medios e persoal no seu traballo. A plataforma xurdida nesa primeira liña da fronte sanitaria, PAC's en Pé de Guerra, coincide con outros colectivos e sindicatos sanitarios nunha diagnose que se repite: a consecuencias das restricións orzamentarias dos anos da crise, a célebre "austeridade", están a "estoupar" agora xunto a outros problemas estruturais que van da precariedade laboral á carencia de profesionais.SOS Sanidade Pública, plataforma participada por múltiples colectivos locais, os principais sindicatos e as forzas da oposición galega, resume a táboa reivindicativa cara ao domingo en seis puntos. Algúns están ligados á reversión da reforma sanitaria, como a "recuperación" do anterior mapa de áreas sanitarias. Outros, directamente cos recortes dos anos da crise, dende o persoal perdido ata a "dotación adecuada dos PAC e os servizos de urxencias hospitalarios". SOS Sanidade resume a ampla táboa reivindicativa en seis puntos contra a "precariedade" e a prol de máis medios e persoal no SergasLigado con isto, advirten, cómpre poñer fin "á precariedade laboral". Tamén "recuperar todos os servizos e centros privatizados". Esa entrada do sector privado no caso galego non se produciu nestes anos coa externalización directa da atención sanitaria nos principais hospitais -alén do concertado POVISA, de referencia para máis de 100.000 persoas na área de Vigo e con recorrentes tirapuxas coa Xunta para lograr máis financiamento-, senón con fórmulas como a público-privada para construír e prestar servizos non asistenciais no novo hospital vigués ou, por exemplo, convenios con determinadas compañías para desenvolver certas áreas ou prestacións do Sergas.Como ante a forte mobilización contra a reforma sanitaria a resposta da Xunta e do PP está a ser que a sanidade galega está notablemente mellor que a doutros puntos do Estado. Tamén que as acusacións se basean en "mentiras" ou son, en verbas de Feijóo, produto de "intereses inconfesables" da esquerda, tese axitada con especial intensidade tras o pacto de En Marea, PSdeG e BNG para abrir unha comisión de investigación sobre os recortes sanitarios no Parlamento. Os grupos da oposición abandonaron esa mesma comisión despois de que o PP aprobase en solitario o plan de traballo do órgano, con comparecentes da súa preferencia.Xunta e PP retrucaron á nova vaga mobilizadora afirmando que se basea en "mentiras" ou en "intereses inconfesables" da esquerda, pero tamén procurando aplacar varias das frontes abertasAsí e todo, alén das acusacións de mentir a Consellería de Sanidade procurou nos últimos meses aplacar algunhas das múltiplas frontes abertas. Así, impulsou un novo contrato para persoal eventual, deu en aprobar o tratamento 24 horas aos infartos en Lugo oito anos despois de prometelo o propio presidente e articulou grupos de traballo para procurar acalmar os profesionais da atención primaria despois da dimisión dunha vintena de xefes de centros de saúde de Vigo. Tamén formulou ofertas de mellora en puntos de conflito como os devanditos PAC ou as Urxencias do Clínico de Santiago, ao tempo que puña a pelota no tellado do Goberno de Pedro Sánchez para asuntos pendentes como a escaseza de pediatras.Todos estes conflitos conflúen o domingo nas rúas de Santiago. Os sindicatos e as plataformas sanitarias comarcais están a facilitar a asistencia en cadanseus territorios a través da organización de desprazamentos en autobuses en vehículos compartidos e as tres forzas da oposición chaman á participación da súa militancia, ademais de confirmar a presenza dos seus líderes. Á mesma hora PP, Ciudadanos e a formación de extrema dereita Vox manifestaranse en Madrid para alertar dun suposto risco de ruptura de España. Tamén, anuncian, o farán na Coruña simultaneamente.
NOS_50921
As costuras de En Marea quedaron máis á vista do que nunca co affaire da deputada Paula Quinteiro. Este domingo, o alcalde de Compostela Martiño Noriega así o confirmou e, nunha entrevista na Ser, lamentou que o "espazo político non estea coidando" das confluencias a nivel local.
As tensións desatadas pola filtración dun incidente nocturno entre a parlamentaria e a policía local da capital atinxiron un punto crítico cando o denominado Consello das Mareas -máximo órgao da confluencia entre plenarios- esixiu a dimisión de Quinteiro. Porén, o grupo parlamentario, por amplísima maioría, só lle pediu que se desculpase en público, pero que non entregase a acta. É nese contexto que Noriega falou de "mala xestión a nivel galego" do conflito. "Houbo un erro en tensionar o espazo político, cando o grupo parlamentario xa decidira por ampla maioría que Paula Quinteiro pedise desculpas", expuxo, "e, con todo, lévase a outro órgano do espazo [polo Consello das Mareas] en que non todo o mundo se sinte reflectido". Noriega, que quixo "ir máis alá do nominalismo sobre Villares", engadiu que a confluencia de esquerdas "é moi influenciábel e ás veces non entende a importancia do momento histórico". Esa disxuntiva entre a estrutura de En Marea como partido -que Esquerda Unida ou Podemos, partido ao que pertence Quinteiro, non recoñecen, ou fano de maneira feble- provocou dúas semanas de declaracións cruzadas, algúns artigos na prensa, "retroalimentación polo Mátrix mediático", e o silencio do portavoz de En Marea e do seu grupo parlamentario, Luís Villares, mutismo a que este vai pór fin esta segunda feira. Noriega puxo Villares no albo das súas críticas: "Houbo un erro en tensionar o espazo político, cando o grupo parlamentario xa decidira por ampla maioría que Paula Quinteiro pedise desculpas" No medio desa treboada, o rexedor compostelán e líder de Compostela Aberta sentiu que se "perdía a perspectiva da importancia do momento histórico". "A unidade popular está consolidada a nivel local, en cidades e en vilas", explicou aos micrófonos da Ser, "e todo o mundo di que é fundamental preservar estes espazos para dar o combate contra o PP. Pois á veces dá a sensación de que o que menos importa é o futuro da unidade popular a nivel local". Martiño Noriega tamén avisou de que as listas municipais "non poden practicar o cantonalismo e precisan dun proxecto de país". No entanto, fixo "un chamado público a que se coiden os espazos locais" e a "centrarse no importante", a pelexa contra o Partido Popular e as súas políticas. E alertou da necesidade de "aprender do pasado" e non "repetir erros como os de AGE". "Ás veces teño a sensación de estar no eterno retorno", dixo, en referencia ás sucesivas fracturas no grupo parlamentario encabezado por Beiras a lexislatura pasada e ás escisións en Anova. Quinteiro fala en twitter Quen tamén rachou o seu longo silencio nas últimas horas foi a protagonista do incidente, Paula Quinteiro, quen elixiu twitter para agradecer as mostras de apoio recebidas -non fai ningunha alusión á petición de demisión formulada polo Consello das Mareas- e para dar a entender que vai continuar ao fronte da súa responsabilidade parlamentar. Despois duns días que non foron fáciles, hoxe quero agradecervos todos os apoios, os ánimos e as mostras de cariño recibidas. Continuaremos traballando coas mesmas gañas pola unidade popular e a transformación da sociedade.Seguimos! Apertas!— Paula Quinteiro (@pau_qa) 1 de abril de 2018
NOS_16555
Denúnciao a CIG, que reclama unha "investigación inmediata e transparente" sobre este hospital de referencia para miles de vigueses e viguesas. A empresa quer "liberar recursos" para prestar unha mellor atención aos "pacientes privados".
Povisa, hospital privado, mais no que teñen asignada a súa asistencia sanitaria pública miles de cidadás de Vigo, ten entre os seus obxectivos marcados para este ano, 2019, "reducir todas as actuacións (consultas, probas, intervencións...) en pacientes derivadas do Sergas que non acheguen ningún valor engadido". Desvélao a CIG, que tivo acceso aos obxectivos de Povisa. Unha redución nas actuacións cos pacientes derivados da sanidade pública que a propia empresa engade que vai permitir "liberar recursos" para "mellorar cada vez máis o noso tempo de resposta a pacientes privados". O sindicato reclama unha "investigación inmediata e transparente" por parte das autoridades sanitarias, pois entende que os obxectivos da empresa van contra o dereito a unha asistencia sanitaria de calidade en condicións de igualdade e equidade para o conxunto da cidadanía galega". Acusa a dirección de Povisa de estar intentando "mudar os criterios científicos nos que se basean as indicacións de consultas, probas ou intervencións, para así reducir o número delas e favorecer a consecución do segundo obxectivo: incrementar a actividade privada e obter máis beneficios, iso si, a costa dos cartos que todas e todos pagamos cos nosos impostos para financiar a sanidade pública". Unha decisión, afirman, que entra no campo da "mercantilización da enfermidade", advertindo que poden ter consecuencias "de difícil reparación". O maior hospital privado do Estado, cun plantel de 1.400 traballadores e traballadoras e case 140.000 persoas que teñen este centro como hospital de referencia, anunciaba en setembro do ano pasado a súa entrada en preconcurso de acredores, achacando ao 'deficitario' convenio co Sergas a situación. A dirección cifraba as perdas acumuladas en 42 millóns de euros, por un convenio co Sergas lesivo para os seus intereses.
PRAZA_16161
O proxecto trata temas como a paz, a mobilidade urbana, os bosques, os espazos de pesca, a paisaxe, as infraestruturas, a costa, o barrio e o aire, co obxectivo de seren traballados por mozas e mozos de entre 12 e 16 anos nas aulas
Esta semana presentáronse na Coruña as Guías de Ciencia Cidadá, un proxecto que busca "achegar coñecemento e información sobre os bens comúns á cidadanía en xeral" e "nomeadamente á xente moza". A proposta, apoiada polo Concello da Coruña a través do Laboratorio Cidadán Co-Lab, do Medialab-Prado de Madrid, e o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, está coordinada por Antonio Lafuente, investigador do CSIC e Director do Laboratorio do Procomún de Medialab-Prado. O obxectivo final é que a cidadanía poida profundar, dialogar e aprender máis sobre estes bens comúns, aqueles recursos de calquera persoa que non son de propiedade exclusiva de ninguén, e ser así quen de reclamar e defender estes dereitos. O proxecto trata temas como a paz, a mobilidade urbana, os bosques, os espazos de pesca, a paisaxe, as infraestruturas, a costa, o barrio e o aire, co obxectivo de seren traballados por mozas e mozos de entre 12 e 16 anos nas aulas e noutros espazos de formación, xunto ao seu profesorado, familias ou colectivos de aprendizaxe. As guías, que se poden descargar neste enlace, están rexistradas baixo licencia Creative Commons, polo que se poden difundir e compartir libremente, unicamente citando a autoría das mesmas. Dirixidas principalmente a estudantes de bacharelato, impulsan a posta en marcha de proxectos de investigación nos que serán acompañados (pero non dirixidos) polos seus profesores. "O goberno municipal da Coruña ten unha preocupación constante desde o primeiro día por facer políticas transversais para a xente moza e colocala no centro das súas políticas públicas", explicou Claudia Delso, concelleira de Participación e Innovación Democrática. "Agora abrimos unha nova liña de traballo poñendo á disposición das persoas educadoras e familias estes recursos, pero a idea é desenvolver e organizar ao longo deste ano distintos talleres específicos vinculados ás guias da man dos Museos Científicos Coruñeses", engadiu. Na presentación, que tivo lugar este mércores, participou o propio Antonio Lafuente, e tamén Duarte Vidal (investigador no Centro Tecnolóxico do Mar, CETMAR-Galicia), Manuel Borobio (USC) e Francisco Castillo (USC), autores de dúas das guías, relativas á pesca e á costa.
PRAZA_19985
Galicia terá dous dos nove pasos autorizados entre España e Portugal, e neles requirirase DNI ou pasaporte. As pontes de Goián, Salvaterra e Arbo e o resto de pasos terrestres da raia ourensá estarán pechados.
Galicia terá dous dos nove pasos autorizados entre España e Portugal, e neles requirirase DNI ou pasaporte A visita do Papa Francisco a Fátima os próximos venres 12 e sábado 13 fará que o Goberno portugués peche toda a súa fronteira con España de mércores a domingo agás nove puntos de paso dos que só dous, os de Tui-Valença e Verín-Chaves, permitirán a comunicación con Galicia. E neles poderá ser requirida a identificación persoal con DNI ou Pasaporte. O Goberno portugués aprobou no seu Conselho de Ministros do pasado 30 de marzo unha Resoluçao, publicada no Diário da República do 4 de abril, no que se adopta a "medida de exceçao" de suspender temporalmente nas súas fronteiras a libre circulación de persoas en vigor en Europa desde o acordo de Schengen "em caso de ameaça grave à ordem pública ou à segurança interna". Iso é o que considera Portugal que ocorre coa visita do Papa a Fátima do próximos sábado e domingo, que mobilizará milleiros de persoas. E por iso acordou que desde as 00.00 horas do mércores día 10 ata as 00.00 horas do domingo se peche toda a fronteira terrestre con España agás nove puntos de cruzamento nos que ademais poderá ser esixida a identificación persoal con DNI ou Pasaporte por parte dos axentes portugueses, que estarán auxiliados por axentes españois. Entre Galicia e Portugal o cruzamento da fronteira só será permitido entre Tui e Valença, con controis de documentación tanto na autoestrada xusto a continuación da ponte internacional sobre o Miño como na estación de tren de Valença, e entre Verín e Chaves. As pontes de Goián, Salvaterra e Arbo e o resto de pasos terrestres da raia ourensá estarán pechados Con esta restrición, durante estes catro días será imposible cruzar a Portugal desde Galicia por lugares como o transbordador da Guarda a Caminha, as pontes internacionais sobre o río Miño de Goián-Vila Nova de Cerveira, Salvaterra do Miño-Monçao e Arbo Melgaço, ou polo resto de pasos terrestres do resto da raia na provincia de Ourense. Os outros sete puntos de paso do resto da fronteira con España son os de Bragança-Zamora, Vilar Formoso-Fuentes de Oñoro, Castelo Branco-Plasencia, Portalegre-Valencia de Alcántara, Elvas-Badaxoz, Vila Verde de Ficalho-Rosal de la Frontera e Vila Real de Santo António-Ayamonte. Portugal xa aplicou medidas similares de peche de fronteiras durante a Eurocopa de 2004 ou a cimeira da OTAN de 2010. Por outra banda, o Goberno portugués tamén alerta, aos que eses días se vaian desprazar por Portugal, de posibles problemas na circulación na autoestrada A-1 Lisboa-Porto á altura de Fátima. Resolução do Conselho de Ministros n.º 49/2017
NOS_45019
O pleno extraordinario para a designación dos tres escanos que lle corresponden ao Parlamento na cámara alta vai ter lugar a próxima terza feira, segundo acordou esta terza a Mesa do lexislativo galego. O prazo para apresentación de candidaturas conclúe esta sexta feira ás 13.30. En teoría correspóndenlle dous escanos ao PP e un a En Marea, como segunda forza. A dúbida está en se En Marea chegará intacta a ese pleno ou non.
O grupo parlamentar de En Marea xa tería candidato, un José Manuel Sande que foi referendado na mañá desta terza feira nunha votación presencial na que, como a telemática de días pasados, non participaron as e os parlamentares identificados con En Marea partido, liderados por Luís Villares. O resultado da votación foi idéntico ao que se produciu por medios dixitais: 8 votos a favor de Sande, 1 a favor de Mariló Candedo (o da militante de Compostela Aberta Flora Miranda) e 1 abstención (a da coordenadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, partidaria da opción da ex senadora Vanessa Angustia). Esta é a proposta que a maioría do grupo parlamentar, dominado polas forzas que xa non recoñecen a En Marea como partido e que andan a levantar un novo edificio político baixo a denominación de Galicia en Común, pensa en rexistrar antes de que conclúa o prazo fixado polos órganos de goberno da cámara, esta sexta feira ás 13.30 horas. O problema é que o portavoz, Luís Villares, non está de acordo coa proposta, o que de seguro vai abrir un conflito de carácter xurídico-político porque En Marea partido argumenta que é a seu líder, na súa condición de voceiro, a quen lle corresponde o dereito de formalizar a candidatura ante a Mesa. O asunto non está tan claro porque o regulamento da cámara é ambiguo. En concreto sinala no seu artigo 165.3 que "o presidente do Parlamento fixará o prazo no que os representantes dos diferentes grupos parlamentares deberán de propoñer os seus candidatos". O precepto fala de "representantes" e non de "portavoz", extremo ao que apelarán agora Podemos, Esquerda Unida e Anova para elevar a proposta de Sande, a maioritaria no grupo, á Mesa do Parlamento. O asunto sobre quen ten dereito a rexistrar a candidatura non está tan claro porque o regulamento da cámara é ambiguo E mentres tanto, Luís Villares, ausente da reunión na xunta de portavoces, evacuou consultas co resto da dirección de En Marea sobre o que facer na situación máis delicada pola que ten atravesado a confluencia até o momento. Sobre a mesa, a opción de rachar o grupo e de facelo xa (o que de rebote podería entregar o escano da oposición no Senado ao PSdeG). Talvez despexe as dúbidas Ana Seixas, viceportavoz do partido, na tarde desta terza feira (17 horas), nunha rolda de prensa convocada de urxencia e na que en principio non está anunciada a presenza de Villares.
NOS_19170
O desastre de Annual puxo o descuberto tanto as carencias do Exército español como as neglixencias do alto mando, con Alfonso XIII á cabeza. Para non afrontar as responsabilidades militares, Primo de Rivera deu un golpe de Estado que rematou coa investigación, nunha guerra colonial que só puideron gañar con armas químicas.
Esta quinta feira fanse cen anos do coñecido como o desastre de Annual -vitoria de Annual para as rifeñas e rifeños-, unha das peores derrotas militares do Exército español, que perdeu 13.000 efectivos, segundo recolle o expediente Picasso, o informe redactado polo xeneral Juan Picasso González para explicar os feitos acontecidos. Despois da perda de Cuba e das principais colonias do seu proxecto imperial, o Estado español dirixido por Alfonso XIII fixou a vista no norte de África para recuperar a gloria perdida, onde o protectorado español en Marrocos estaba tomado polos independentistas rifeños de Abd el-Krim, que demandaban a súa soberanía sobre o territorio rifeño. En 1920, o xeneral Manuel Fernández Silvestre toma posesión da Comandancia Xeral de Melilla, a partir de alí vai avanzando en dirección á baía de Alhucemas co obxectivo de "pacificar" os dominios coloniais. Chegado maio de 1921, a meirande parte das 18.000 tropas dirixidas por Silvestre se atopa no campamento instalado en Annual (Rif), como base para rematar a conquista da baía, nun val rodeado de montañas cun só camiño principal que o une con Melilla. O 17 de xullo, as tropas rifeñas atacan todas as posicións estabelecidas por Silvestre, pouco despois caen Igueriben e Sidi Idris, na costa mediterránea. O 22 de xullo, os militares baixo o mando de Abd el-Krim se lanzan contra o campamento. Ao tempo, o xeneral Silvestre retrasa a evacuación do lugar en espera duns supostos reforzos, e só dá a orde cando os rifeños comezan a entrar no campamento. O expediente Picasso apunta que a meirande parte das mortes se produciron polo intento de escape sen orde de militares e soldados ao verse atacados, cedendo case todas as posicións e imposibilitando calquera estratexia de defensa. O xeneral Silvestre, considerado un dos maiores responsábeis da masacre que se estende até o 9 de agosto de 1921, desaparece o 22 de xullo no medio do ataque, non se lle volverá ver. Seis anos dunha confrontación que rematou co uso de armas químicas O expediente Picasso cualificou de neglixente a actuación do alto mando da monarquía española a pesar das presións para que non fora investigado e a negativa de proporcionar ao xeneral Picasso parte dos documentos oficiais, apuntando algúns medios a responsabilidade directa de Alfonso XIII no acontecido, que poñía en dúbida a capacitación dos militares españois para continuar coas operacións coloniais. O golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera acaba coa investigación e a solicitude de asunción de responsabilidades dos culpábeis. A guerra contra os independentistas rifeños alongaríase seis anos máis, até que o Estado español e Francia apostaron polo uso de gas mostaza para atacar a poboación civil do Rif, que en 1956 sería entregado a Marrocos cando se independizou de Francia.
NOS_12991
Contamos con aves, como elementos da paisaxe, tan cotiás que nin sequera reparamos nelas. Este artigo de Alfredo López é unha das propostas que inclúe 'Gozar', o suplemento de Nós Diario para o deporte que se publica as quintas feiras.
A condición humana é indivisíbel da natural. Humanidade e natureza son a mesma cousa, por moito que acotío o pretendamos ocultar. O primeiro impulso lévanos á natureza como fonte de lecer, converténdoa no destino ideal de moitas viaxes. É por iso que nestes pasados meses de confinamento, a nosa mente evocou aqueles lugares que tiñamos gravados na memoria. Nestes días, a natureza foi mesmo procurada e desexada. Os prismáticos foron bos aliados e, para algúns, unha ferramenta de recente descuberta. Ademais, semellaba que estaba en expansión, tanto que até os medios de comunicación deron novas de animais e plantas que campaban ás súas anchas por lugares habituais ou non. Porén, a conclusión dos entendidos foi que a necesidade de percibir a natureza provocou unha sensación de hiperactividade exterior, era a nosa propia mente a que corría polas rúas e corredoiras baleiras. Case todo nos pasaba por diante da xanela, faino habitualmente, mais non estamos alí, para comprobalo. Así foi como en moitas persoas se desenvolveu unha capacidade de observación oculta, unha capacidade de valoración do cotián non ensaiada até o momento. Puxéronse en marcha concursos, catálogos e entradas nas redes sociais en que se enumeraban as especies observadas, sobre todo de aves. Mesmo se reparou en moitos detalles etolóxicos habituais que, se ben estaban xa descritos, non percibiramos antes. Primavera e andoriña E nisto, rebentou a primavera. E con ela chegaron aves que fican entre nós até finais do verán, formando parte da propia paisaxe. Este é o escenario que se nos abre, quizais con menos posibilidades de viaxes, mais co goce de manter esa capacidade de observación detallada que ensaiamos estas semanas. Así que falaremos dalgunhas aves das que gozar na, recentemente denominada, observación doméstica ou cotiá. (Podes ler o artigo íntegro de 'Gozando coas anduriñas' no suplemento Gozar, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as quintas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja) Neste número, ademais, Antonio Portela escribe sobre os viños do Morrazo, Eva Cameán e Manuel Gago deixan as súas opinións nas seccións 'tesouros' e 'a mesa inocente' e a xornalista Carolina Regueira protagoniza o 'selfie' desta semana. Suplementos diarios de carácter temático Coñecer', 'Aprender', 'Xogar', 'Gozar' e 'Producir' publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.
PRAZA_236
As familias do colexio compostelán de Fontiñas mobilízanse para reclamar seguridade nos desprazamentos que as nenas e nenos de Infantil teñen que realizar cada día pola rúa para acudir ao comedodr do centro.
Esta é a historia dunha pequena loita que pode pasar desapercibida en tempos de efervescencia política e social, pero que ten unha importancia de primeira magnitude para quen a protagonizan. No colexio do barrio compostelán de Fontiñas as aulas de Infantil, de nenas e nenos de 3 a 5 anos, están nun edificio diferente ao resto das instalacións. Cando chega a hora de xantar, cada día tócalles saír desas instalacións e percorrer un treito de rúa para chega rao edificio principal, onde se atopa o comedor. Docentes e familias levaban moito tempo reivindicando unha solución a esta "grave deficiencia de seguridade" ata que, o pasado outono, decidiron intensificar a súa reivindicación e, ao tempo, darlle un toque lúdico. Así nacía a campaña Non deixes que se mollen. Dende a Asociación de Nais e Pais do centro, a ANPA Fontela, calcularon que en Santiago "chove, de media, dous dáis por semana durante o curso escolar". Esta circunstancia levounos a decidir que simbolizarían a súa loita cun paraugas amarelo, baixo o cal comezaron a deseñar un amplo abano de accións. En novembro inauguraron unha exposición na escola con fotografías que "reflicten a insegura e pouco saudable situación do alumnado durante os traslados entre os dous edificios". Ademais, "coa colaboración de pais de alumnos", elaboraron o "bosquexo dunha proposta arquitectónica para unha nova construción" que incluiría "unha pasarela de tránsito" entre os dous edificios e "viría substituír as precarias instalacións que se utilizan como comedor". Cada día, as nenas e nenos de Infantil teñen que desprazarse pola rúa para ir ao comedor Estas proposicións foron combinadas con mobilizacións. A comezos de decembro as familias celebraron unha primeira concentración con cadanseus paraugas amarelos. "Chegou a hora de que as administracións poñan fin a un problema co que levamos demasiados anos convivindo", explicaba o presidente da ANPA, Fernando Lacaci, quen subliñaba ademais que "as solucións ao problema son sinxelas, está nas mans do Concello e da Xunta levalas adiante". "Queremos que nos escoiten e que cando vexan os paraugas amarelos se lembren de nós, non queremos que deixen que os nosos fillos e fillas se mollen". As familias escolleron o paraugas amarelo como símbolo da súa reivindicación ante Xunta e Concello Pouco despois do inicio das protestas, estas comezaron a "dar algúns froito, tímidos pero esperanzadores". Primeiro, confirmáronlles unha visita ao centro do xefe territorial de Educación e máis da concelleira responsable de asuntos educativos. Despois, a mediados de xaneiro, ambos representantes de Xunta e Concello mantiveron unha xuntanza coa ANPA e a dirección do centro. No encontro as autoridades local e autonómica "amosaron a súa simpatía pola proposta feita por nós", explican dende a asociación, porque "entenderon que concilia as necesidades da comunidade educativa coas do barrio". O resultado das negociacións foi "positivo e esperanzador", pero, malia todo, "cada día que pasa as nosas pequenas e pequenos seguen a ter que atraversar ao descuberto e pola rúa o treito entre os dous edificios". Por ese motivo, os paraugas amarelos seguen abertos. Mentres vixían que as xestións prometidas se "concreten", o pasado venres a ANPA celebrou unha xornada "lúdico-reivindicativa" que incluíu o debuxo dun mural, unha charla e mais unha merenda. Para simbolizar que a loita segue viva, alumnado e familias fotografáronse cos seus paraugas, formando un enorme paraugas amarelo no centro da escola. "Seguimos traballando", porque "reclamar a seguridade dos nosos fillos e fillas é a nosa prioridade", subliñan.
NOS_16953
1.200 días despois, o club mariñao busca un "revulsivo".
O Burela Pescados Rubén de fútbol sala masculino destituíu na noite da terza feira o seu adestrador, Juanma Marrube. Hoxe, emocionado e con bágoas nos ollos, o alfocense despedíase en conferencia de prensa. Na súa intervención de pouco máis de dous minutos centrouse en agradecer a todos os estamentos do club e da directiva "pola oportunidade" que se lle deu de adestrar o equipo mariñao. Tamén tivo palabras de recoñecemento para a afección, que dixo sentir "moi perto" durante todo este tempo e "involucrada" coa identidade e espírito do equipo. Ademais, lembrouse dos empregados e citou todos e cada un dos compoñentes do corpo técnico, cunha especial mención ao fútbol base. Marrube dixo sentir "a satisfacción do deber cumprido", de "deixar o equipo mellor que como o atopaches" despois de 1.200 días á fronte do Burela FS. "Agora toca familia. Agora toca devolvervos parte deses 1.200 días", dixo para rematar a comparecencia, ao tempo que os ollos se lle enchían de bágoas. Horas antes, na noite da terza feira, o Burela FS emitía o comunicado anunciando o seu cesamento. "A directiva da entidade laranxa tomou esta difícil decisión, unha decisión moi meditada, co fin de atopar o revulsivo necesario para dar garantías aos obxectivos marcados para a tempada", apunta o escrito enviado aos medios. "Juanma Marrube representa a grande esencia desta familia. O 'Mariskal' e o club compartiron moitos dos momentos de ouro do fútbol sala mariñao. O sempiterno 8 laranxa ofreceu grandes tardes sobre o parqué, etapa á que puxo fin en 2014 para asumir a secretaría técnica da entidade laranxa. Tras o seu debut como técnico do asturiano Boal FS, de Segunda B, en 2017 asumiu as rendas do Peixes Rubén para abandeirar o regreso á Primeira, conquistando o ascenso á elite en 2018-19, e outorgando dúas Copas Galiza para a vitrina burelista", continúa o comunicado. Finalmente, a directiva do Burela FS sinala que a despedida a Juanma Marrube non ten por que ser definitiva. "Juanma demostrou sempre unha gran capacidade de dedicación, esforzo e profesionalidade", di, e engade: "Chegou o momento de separar os camiños, aínda que este non pode ser un adeus. O 'Mariskal' sempre terá estas portas abertas; novos proxectos poden reencontrarnos". Convenio Parrulo-FGF Por outra banda, a Federación Galega de Fútbol (FGF) e O Parrulo Ferrol asinaron un convenio de colaboración co fin de "promocionar o fútbol sala, e en especial a formación e tecnificación deportiva desta especialidade deportiva entre os membros da entidade departamental", segundo apunta o comunicado federativo enviado onte aos medios. A escenificación do acordo entre FGF e O Parrulo, non obstante, tivo lugar xa o pasado domingo durante o encontro que disputou o equipo masculino no pavillón da Malata. No acto estiveron presentes, por parte da FGF, o vicepresidente e máximo responsábel do fútbol sala na Federación, Pablo Prieto; o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, Iván Cancela; e o delegado federativo Abraham Yáñez. E por parte de O Parrulo acudiron o presidente Julio Martínez e o secretario do club Jose Naveira. O Parrulo é un dos equipos históricos do fútbol sala e Martínez leva á fronte do club desde hai máis de catro décadas, un dos máis veteranos a nivel estatal.
NOS_53614
O ex xogador do Celta de Vigo foi condenado en primeira instancia a catro anos de prisión por abusar sexualmente dunha muller en 2017.
O ex xogador do Celta de Vigo Santi Mina deberá comparecer esta quinta feira na Audiencia de Almería. O xogador está chamado á vista na que se decidirá se ingresa en prisión provisional para cumprir a pena de catro anos de cárcere á que foi condenado en primeira instancia por abusar sexualmente dunha muller en 2017. Santi Mina desembarca no fútbol árabe após a súa condena por abuso sexual A comparecencia, regulada no artigo 505 da Lei de Axuizamento Criminal, está inicialmente sinalada para as 10 horas, segundo consta na providencia consultada por Europa Press. Esta vista chega a pedimento da acusación particular, que exixiu ao tribunal da Sección Terceira o seu ingreso no cárcere á espera de que se resolvan os recursos contra a sentenza presentados no Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA). A CRTVG di que non ten "responsabilidade ningunha" por entrevistar o avogado que dixo que Santi Mina pasou "unha mala noite" A acusación estima que a marcha de Santi Mina a Arabia Saudita para vestir a camiseta do equipo Al Shabab durante esta tempada 2022-2023 supón un "incremento desproporcionado do risco de fuga da xustiza" española. Condena de 4 anos de prisión A Audiencia de Almería acordou impor unha pena de catro anos de prisión para o ex futbolista do Celta de Vigo, após condenalo pola comisión dun delito de abuso sexual. Decorre a porta pechada a primeira sesión do xuízo por agresión sexual contra o xogador Santi Mina Mina enfrontábase a unha acusación de agresión sexual por parte da Fiscalía e da acusación particular, que finalmente foi confirmada como abuso sexual. Ademais, tamén foi condenado a indemnizar a vítima do abuso cunha indemnización de 50.000 euros. No auto da Audiencia de Almería, o tribunal tamén impón unha orde de arredamento a Santi Mina, que deberá manter unha distancia mínima de 500 metros coa vítima durante 12 anos, e un réxime de liberdade vixiada. As investigacións forenses reforzan a versión dunha presunta agresión sexual cometida por Santi Mina Durante o xuízo, a letrada defensora argumentou que a noite que ocorreron os feitos, en xuño de 2019, existiu consentimento por parte da vítima do abuso sexual.
NOS_30928
No Reino Unido, case todos os temas importantes para o país decídense nun pub cunha boa pinta entre as mans e o seu característico cheiro a alcol rancio e moqueta poeirenta. Si, non semella o mellor plan do mundo para debater pero os brits saben que non hai problema que se resista após unhas cantas ale. A sabiduría local, sempre garantida nun pub, é o mellor medidor da actualidade do país.
Tarde da cuarta feira, un grupo de londinenses intercambian entre pinta e pinta as últimas opinións sobre as eleccións desta quinta feira 8 de xullo no que Reino Unido busca a estabilidade política nunha semana especialmente turbulenta. Olivia, Laura, Aisha, Robert, Peter e Mark; todos londinenses excepto Aisha, escocesa pero residente en Londres. A pregunta inicial do dedate é clara "Que credes que sucederá mañán?". A resposta é unánime. "O único seguro destas eleccións é que os conservadores gañarán, o único que nos queda por saber é por canto", comenta Olivia (licenciada en dereito, de 30 anos) resignada. Ao que todos responden afirmativamente. "Corbyn fixo unha gran campaña electoral, eu votarei por el, superou as miñas expectativas, pero é certo que non chegará a tempo para superar May", engade Mark, músico de 45 anos e votante do partido laborista. Coma el moitos cidadáns, e gran parte da prensa, creen que a campaña do líder laborista superou con moito os medos iniciais de votantes e medios. Pero, tamén sinalan que "as súas políticas non son realistas, di cousas que non teñen sentido práctico", comenta Robert, licenciado en matemáticas de 26 anos, e, por tanto, "non ten sentido votar por el", sentencia dándolle un bo trago á pinta. "Corbyn fixo unha gran campaña electoral, eu votarei por el, superou as miñas expectativas, pero é certo que non chegará a tempo para superar a May", engade Mark O certo é que o partido laborista está a vivir un auténtico sprint final. Nun mes Jeremy Corbyn foi capaz de darlle ás enquisas iniciais (25% fronte a un 43% dos conservadores) un auténtico golpe de efecto e deixar a Theresa May rezando por saír da batalla electoral o menos malferida posible. A pregunta que se fai Laura, consultora de 45 anos, é se ese ascenso nas enquisas se debe á boa campaña de Corbyn ou é máis demérito dunha Theresa May que semella vivir nunha "burbulla" até o ponto de moitos meios consideraren que estivo "ausente" nesta campaña. "Eu son unha votante conservadora, estaba contenta con Cameron, incluso con Gordon Brown pero non votarei por Theresa May, non é unha persoa que me inspire confianza e non sei realmente o que pensa", puntualiza Laura. Ela como moitos ingleses debátense nas últimas horas entre o voto 'racional' ou 'útil'. Como Laura moitos votantes consideran que un voto para os partidos minoritarios é un voto perdido, no caso de Inglaterra. "Gústame o candidato do partido liberal democrático da miña área, é o único que realmente se preocupou nesta campaña de falar do Brexit, un tema que realmente me interesa e me preocupa pero non quero malgastar un voto", comenta Laura. Robert, pola súa banda, contesta que non votará porque non lle interesa o que ten que contar May "e menos Corbyn", ningún o fixo ben sinala, engadindo que ningún dos dous merecen o seu voto e que non quere "malgastalo" con outro candidato. Robert considera que nestas eleccións ningún dos candidatos ofreceu un nivel de debate o suficientemente elevado intelectualmente como para atraer a atención de moitos cidadáns. Porén, Aisha (actriz, 25 anos) considera que "votar en conciencia non é malgastar un voto". Ela, escocesa de nacemento, votará o SNP, o único partido que segundo ela "defenderá no parlamento británico os meus intereses". Non lle interesa, di, votar a un partido que só mira cara arriba (pensando en Escocia) cando lle interesa é que, asegura, non foi quen de escoitar a voz dos escoceses despois do referendum do Brexit. Maybot e Monsieur Zen A prensa inglesa fala estes día da batalla entre 'Maybot' e 'Monsieur Zen'. O xornalista de The Guardian John Crace foi o primeiro en acuñar o término 'Maybot' suxerindo que May é metade robot e metade persona e que pasou os últimos meses loitando entre os seus dous 'eu'. A súa famosa frase strong and stable leadership (liderado forte e estable) repetida coma un mantra apostillando cada resposta non axudou a borrar a súa imaxe fría e distante. Pola súa banda, foi o propio Corbyn quen se denominou a si mesmo como 'Monsieur Zen' respondendo ás críticas que consideran que é demasiado tranquilo e ten falta de 'nervio'. "May ten sempre a mesma cara, tanto ten se está respondendo a unha pregunta de vital importancia para o país ou se lle estás preguntando se quere o bocadillo de xamón ou de queixo", ri Peter (50 anos, enxeñeiro). "Non podes confiar nunha persoa que cando lle está falando ao país non semella unha persoa honesta cos cidadáns", engade, sinalando que ademais lle deixou o camiño foi fácil a Corbyn o día que decidiu non asistir ao debate electoral. Apoiando as verbas de Peter, Olivia sinala que "o punto a favor de Corbyn é que a pesar das cousas que poden estar en contra del, transmite honestidade cando fala". Laura, pola contra, considera que Corbyn non amosou no debate unha mellor imaxe que May. A pesar de que salienta o seu papel no debate electoral, asegura que lle decepcionou cando na entrevista no programa de radio Woman's Hour (BBC 4) foi incapaz de recordar o custo do seu plan para ofrecer coidado infantil gratuito aos nenos de dous anos, xusto o mesmo día no que eses datos foran publicados polo partido. Todos coinciden en sinalar que, en xeral, a imaxe de Corbyn durante a campaña electoral foi moito mellor do esperado no mes de abril contrariamente ao que sucedeu coa líder conservadora. De feito, as enquisas dos últimos días amosan unha diferenza tan pequena entre os principais partidos que os analistas nos medios ingleses sinalan que "é difícil confiar nelas", despois de amosar a súa baixa fiabilidade nas anteriores eleccións xerais de 2015 e no pasado referendum do Brexit. A última delas, publicada por YouGob onte cuarta feira sitúa o partido laborista con 38% dos votos fronte 42% para a formación conservadora, o que supón 13 puntos para os de Corbyn a respeito do inicio da campaña. A seguridade nacional golpea May Tras os ataques terroristas do pasado sábado 4 de xullo na Ponte de Londres e no mercado de Borough a campaña viviu nos últimos días momentos turbulentos coa seguridade nacional como tema principal. Até o momento a seguridade non estaba a ter espazo na campaña, pero ocupa agora o primeiro lugar do discurso da campaña con Corbyn e o partido laborista acusando agriamente May de ser a culpábel directa da precaria situación da policía e dos fallos na seguridade do país que levaron aos ataques en Manchester e Londres. A última enquisa, publicada por YouGob onte cuarta feira, sitúa o partido laborista con 38% dos votos fronte 42% para a formación conservadora Corbyn sinalou o pasado domingo tras os ataques que a má xestión de Theresa May como ministra do Interior ao recortar o número de policías e axentes armados considerablemente abriu fendas na seguridade nacional que impediron aos corpos de seguridade cumprir con garantías o seu traballo. O certo é que nas últimas horas o papel das autoridades británicas continúa a levantar moitas sospeitas debido ao lento da identificación dos corpos das vítimas mortais no ataque, á falta de información ás familias e a especulación sobre a autoría dalgunhas mortes despois de se coñecer que a policía británica disparou 46 balas nas rúas onde se atopaban terroristas e vítimas. En resposta a estas acusacións, Theresa May lanzou á cidadanía unha inquietante mensaxe sinalando que non lle tremería o pulso se ten que derrogar ou alterar as leis sobre os dereitos humano de modo a combater o terrorismo. "Estas declaracións farán felices a moitos cidadáns británicos", sinala Olivia, engadindo que "desgrazadamente" parte da sociedade británica non lle importaría vivir completamente illada do resto do mundo para asegurar o país. A Laura preocúpalle especialmente nestes días o contrario, que a saída da Unión Europea e o illamento que busca May fagan máis difícil combater o terrorismo. "Sen acceso a bases de información europeas e a colaboración continua e directa co resto de países da UE o país farase máis vulnerábel e a ameaza será constante", afirma coa faciana preocupada. Na conclusión da charla todos volven coincidir en que, ao final, as eleccións que buscaban un liderado forte para afrontar o Brexit coas mellores garantías, non cumprirán co obxectivo. Concordan que moi probablemente os resultados non axudarán para presentar en Bruxelas un líder consolidado e forte para representar os británicos no seu maior desafio político das últimas décadas. A diferenza do strong and stable leadership que buscaba May, o país entrará nunha época inestábel e débil políticamente cun hung parliament (parlamento sen unha maioria clara) difícil de gobernar. "Moita xente ten a sensación de que estas eleccións só servirán para empeorar a situación política e económica do país", sentencia Olivia despedíndose e desexando que, unha vez máis, as enquisas se equivoquen, desta volta en favor do partido laborista e Jeremy Corbyn. Nota: a fotografía inserida no meio do texto é dun pub londinense (tomada da Wikipedia).
NOS_54264
Un local hostaleiro de A Guarda vai camiño de se facer viral na rede por facer apoloxía do franquismo. A súa propietaria canta o "Cara el sol" namentres a clientela come ou cea nun local ateigado de simboloxía franquista.
A mariscaría do concello da Guarda Casa Olga está a gañar sona na rede non pola calidade dos produtos que ofrece, senón pola apoloxía do fascismo que, segundo persoas usuarias, practica a súa propietaria, á que pode verse en fotografías do portal web Tripadvisor portando unha bandeira franquista e en vídeos cantar o "Cara al Sol". Esta terza feira circula un vídeo recente pola rede que recolle a interpretación do "Cara al sol" por parte da propietaria, acompañada dun grupo de persoas que a seguen. Non se trata dun feito illado, pois en Youtube existen pezas audiovisuais semellantes nas que a dona de Casa Olga alardea da simboloxía franquista que acubilla no seu local. Aliás, Tripadvisor, rede na que as persoas usuarias comentan as súas experiencias acerca de locais de hostalaría e viaxes, recolle numerosas referencias de persoas que aluden ao local como unha caste de museo franquista. Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Comarca da Coruña, amósase sorprendido cando lle damos a coñecer a existencia do lugar, mais lembra casos análogos por parte do que fora alcalde de Sada Ramón Rodríguez Ares e do rexedor de Beade, Senén Pousa. "O desta señora é apoloxía dunha ideoloxía que vai en contra da convivencia e dos principios básicos que rexen as sociedades actuais e que reproduce conceptos que aparentemente estaban superados", expón. Souto: "Que imos agardar dun Estado no que a Fundación Francisco Franco é legal e no que a Falange se presenta ás eleccións?" Para o activista da memoria, actitudes como a da propietaria do citado local "provocan que se repitan os erros básicos do pasado", alén de que "son contrarios aos principios básicos que marca a ONU". Souto, quen ironiza sobre se a propietaria do bar en cuestión "conmemora a vitoria da ultradereita" nas últimas eleccións da Alemaña, lamenta que a Lei da Memoria Histórica non recolla alusión ningunha ás manifestacións públicas ou privadas que fan apoloxía do franquismo. Mais, "que imos agardar dun Estado no que a Fundación Francisco Franco é legal e no que a Falange se presenta ás eleccións?", pregúntase. O presidente da Comisión pola Recuperación Histórica da Coruña advirte de que actitudes como as que poden contemplarse en Casa Olga "en Alemaña non existirían, pois están prohibidas".
NOS_34734
"Os nosos avións comezaron a operación aérea", informou o portavoz ministerial Ígor Konashénkov quen asegurou que "a única maneira de combater os terroristas é actuar con anticipación".
As Forzas Armadas rusas iniciaron esta cuarta feira (30 de setembro) unha operación militar contra as posicións do ISIS (Estado Islámico) en Siria. Así o confirmou o portavoz ministerial, Ígor Konashénkov, apelando á orde emitida polo presidente Vladimir Putin após ser aprobada o uso da forza militar polo Parlamento. No concreto, trátase dos primeiros ataques aéreos de "alta precisión", afirman fontes gobernamentais que negan tamén ter causado vítimas civís. A decisión foi adoptada após solicitar o presidente sirio, Bashar al-Assad, axuda militar a Rusia na loita contra o terrorismo islamista do ISIS. Até o momento, afirma o executivo de Putin, descartan iniciar calquera operación terrestre. Rusia defende a "legalidade" dos ataques argüíndo que o Dereito Internacional contempla o uso da forza de existir apoio expreso do Consello de Seguridade das Nacións Unidas ou de ser demandada polo propio país, como é o caso. Neste senso, o Kremlim presentouse como "o único país que participará na operación contra o ISIS legalmente" fronte aos ataques desenvolvidos recentemente por Francia aos que outros países como Australia, se sumarán proximamente.
NOS_34034
Ardóbriga reclama que sexa declarado BIC
O castro de Centroña (Pontedeume e Miño), chamado tamén Perbes ou Castrelo, era noticia no pasado outubro por mor dunha tala de eucaliptos que provocou graves danos en dous sectores, co deterioro dun parapeto ao introducir a maquinaria. Estas ameazas virían sumarse ás prácticas de moto cross, ao seu uso como vertedoiro clandestino ou a aquel hipotético trazado do AVE que puido destruír xacementos adxacentes. "Parece que todo isto removeu conciencias e o por fin se vai pór en valor", expresa Antón Prego, presidente da asociación cultural Ardóbriga, colectivo que desde a súa conformación en 2008 leva a traballar na conservación do patrimonio arqueolóxico dos concellos de Pontedeume e Miño. De facto, o propio torques atopado nas inmediacións do Castro de Castrelo constitúe o emblema desta organización, cuxo nome está ligado á denominación que certos escritos outorgan a unha cidade identificada co castro, datos que dan unha idea do seu grao de implicación na salvagarda deste ben patrimonial. "Este castro era practicamente un descoñecido até hai 15 anos", explica Prego. Mesmo nas publicacións de arqueoloxía sobre o golfo Ártabro apenas aparece mención a el, do pouco que se dá conta é do denominado Torques de Centroña, achado de maneira casual en 1912 por un veciño mentres traballaba unha leira de patacas. Datado entre os séculos II-I a.C., foi Manuel Murguía quen, en calidade de experto, realizaría as primeiras fotografías da peza e situaría a súa pertenza na época de "romanos e celtas", nun artigo publicado no Boletín da Real Academia Galega. Ademais, o historiador mediaría para que rematase en mans de coleccionistas, co que chegou aos nosos días no catálogo do Museo de Lugo. Malia ser un "perfecto descoñecido", o xacemento non carece de importancia. Prego apunta cara aos torques como mostra da súa soberanía. Igualmente, está relacionado co santuario precristián do monte Breamo, sobre o que hoxe en día se ergue unha capela románica. A relación co templo pagán, ademais de con outros castros das parroquias dos arredores (Boebre, Centroña, Nogueirosa, Castro...) mostra a relevancia que debeu ter en tempos este complexo, funcionando como capital da área. O tamaño e o dominio visual son factores que tamén apuntan nesta dirección. A localización presenta ademais unhas "vistas espectaculares", situado nun enclave que entre as árbores deixa albiscar desde a Torre de Hércules até as illas Sisargas. A lectura histórica do linde parroquial Curiosamente, a liña divisoria entre dúas parroquias pasa xusto polo medio do castro. "Hai marcos moi antigos, documentados no mosteiro de Caaveiro na Idade Media, que xa dan constancia desa fronteira", segundo explica Prego. No século XIX acabaría converténdose en estrema municipal, ao quedar cada parroquia adscrita a un concello diferente: Centroña a Pontedeume e Perbes a Miño. O abandono do castro e o asentamento nas aldeas da contorna apunta a que "mantiveron dalgunha maneira unha ligazón sequera psicolóxica" que levou as habitantes a deixar a división no medio: "a metade do castro para unhas e a outra para outras". Ou cando menos esa é a lectura histórica do linde que fan desde Ardóbriga. Estado de conservación Co tempo o xacemento foi ficando esquecido. "A veciñanza, como en todos os castros da Galiza, foi collendo pedras", indica Prego, para empregalas noutras construcións. "Iso é o normal, forma parte da propia historia dos castros", sinala, mais "non se pode seguir facendo". As estruturas que se conservan, hoxe máis evidentes por acción da tala, constitúen un recinto principal de forma elíptica, con murallas de terra nas que se aprecian restos de pedra. Rodéao un antecastro no lado noroeste e outro no leste e está circundado, na súa totalidade, por un sistema de socalcos. Plan de recuperación O continuo traballo de Ardóbriga parece que deu os seus froitos. O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, declarou publicamente a intención do concello de ir adquirindo algunhas das fincas do castro, de propiedade privada -en casos mesmo descoñecida. "A titularidade pública das terras podería dar un xiro á historia do xacemento", considera Prego. O plan municipal inclúe unha escavación e rehabilitación dos restos da Idade de Ferro, que pretenden levar a cabo mediante un convenio coa Universidade da Coruña, a través das prácticas do estudantado de arqueoloxía. Por outra banda, o alcalde manifestou a súa intención de promover unha ruta polos vestixios arqueolóxicos do concello. "A nós parécenos estupendo sempre e cando se lle encargue a profesionais ou a unha empresa cualificada que faga unha planificación global do castro, non sectorial", recalca Prego. "Non se pode limitar á zona de Pontedeume, porque a metade pertence a Miño", lembra, ao tempo que insiste na necesidade dunha estratexia conxunta a medio e longo prazo. "Nós propugnamos desde sempre que sexa declarado Ben de Interese Cultural", engade, petición coa que o alcalde de Pontedeume se atopa conforme e estaría, segundo ten afirmado, dentro dos seus obxectivos.
NOS_36759
Jorge Rey, organizador, destacou o "reto" de sacar adiante a edición
Compostela acolle a partir do vindeiro sábado a XXV edición do festival Galicreques, un evento xa consolidado na cidade e que festexa o cuarto de século cun programa internacional de máis de 40 espectáculos de marionetas para todos os públicos e que combina obras presenciais en diferentes espazos cun formato online especialmente dedicado aos centros educativos. Jorge Rey, organizador da iniciativa, destacou na presentación o "reto" que supuxo sacar adiante esta edición nun contexto totalmente marcado pola situación sanitaria e as cambiantes restricións por mor da evolución da Covid-19. Con todo, finalmente foi posíbel grazas á implicación de "todo o tecido que forma parte da cultura, tanto aos creadores como ás organizacións e institucións". Entre o presencial e o virtual A conmemoración dos 25 anos de Galicreques será "moi especial", malia as capacidades limitadas e as medidas de seguridade. Unha das novidades será a programación escolar para centros e institutos a través da rede, unha selección adecuada e escollida para ser vista en pantalla, de balde. Mantéñense ao tempo as actividades e os cursos, como un de manipulación de obxectos e de dramaturxia, que contarán con grupos dun máximo de 10 integrantes. En total, o festival contará coa participación dunhas 20 compañías e preto de 40 espectáculos, no que se combinará a tradición coa modernidade e artistas novos que apostan en discursos éticos e estéticos procedentes doutros territorios do Estado (Valencia, Andalucía, Euskal Herria, Salamanca, Aragón) ou mesmo do eido internacional (Brasil, México, Portugal e Arxentina). Catro estreas O Teatro Principal acollerá catro estreas ao longo da semana: Miragres, de Spaguetti, Micromina e os músicos Uxía Muíño e Bernardo Martínez; Plastikus, de Krisálida; O home que plantaba árbores, de Víctor Biau; e Gaia Baba, Moving Compass. Ademais deste espazo, o ciclo contará con representacións noutros puntos, como os centros socioculturais e zonas ao ar libre como a Alameda, que contará cunha carpa, o parque Europa ou a praza de Pratarías. Xurxo Couto, da Deputación da Coruña, lembrou na rolda de prensa a "difícil situación" que atravesa o sector e reivindicou a importancia de traballar para que saia deste 2020 "o máis fortalecido posíbel", mostrando que "a cultura é segura" e "non contaxia".
PRAZA_12979
Sendo a herdanza recibida polo PP unha pexa moi grande, en catro meses Rajoy alargou a sensación de malestar económico e xerou o caos. A desconfianza a respecto de Rajoy e do PP xa se fixo, polo menos, tan potente coma a desconfianza a respecto do goberno ZP, ao que contribuíu certamente o adiamento ou agochamento de determinadas medidas como trampa para gañar as eleccións andaluzas.
Escribín hai dous anos que PP e PSOE e, nomeadamente, os seus líderes, ZP e Rajoy (aos que alcumei no noso galego de "fenómenos") eran parte do problema e nunca poderían traer a solución. O tempo, no seu rol de implacábel executor do principio de Peter, multiplicou exponencialmente as razóns a prol deste xuizo. ZP gabábase do sistema financeiro máis sólido do mundo mundial, negaba a crise, vía brotes verdes e pactaba o PP estatal a liquidación das nosas Caixas de aforro, mentres investía milleiros de millóns de euros nun Plan E que non xerou nin emprego estábel nin desenvolvemento tecnolóxico, social ou económico e tivo a triste honra de demostrar que ás veces até o keynesianismo pode fallar, nomeadamente cando non se escollen os obxectivos nin se dimensionan os instrumentos. ZP gabábase do sistema financeiro máis sólido do mundo mundial, negaba a crise, vía brotes verdes e pactaba o PP estatal a liquidación das nosas Caixas de aforro, mentres investía milleiros de millóns de euros nun Plan E que non xerou nin emprego estábel nin desenvolvemento tecnolóxico Mais sendo a herdanza recibida polo PP unha pexa moi grande, en catro meses Rajoy alargou a sensación de malestar económico e xerou o caos, malia a gozar dunhas primeiras semanas relativamente doces por mor da achega de liquidez do Banco Central Europeo aos principais Bancos. Pero a desconfianza a respecto de Rajoy e do PP xa se fixo, polo menos, tan potente coma a desconfianza a respecto do goberno ZP, ao que contribuíu certamente o adiamento ou agochamento de determinadas medidas como trampa para gañar as eleccións andaluzas. Pois ben, o PP perdeu as andaluzas, subiu os impostos directos e subirá os indirectos, inxectará entre 12 e 15 mil millóns de euros en Bankia e recortará outros 10.000 millóns de euros da sanidade e da educación, medidas todas non previstas na investidura do 19-D. E, con ser todo isto representativo da súa falla de vergoña política,o peor de todo é a idea que transmiten de que todo isto non chega e que non saben por onde andan. A sensación dun De Guindos, que cada vez que fala sobe o pan. E dun De Wert, un Gallardón ou unha Ana Mato que non saben por onde andan. A desconfianza a respecto de Rajoy e do PP xa se fixo, polo menos, tan potente coma a desconfianza a respecto do goberno ZP, ao que contribuíu certamente o adiamento ou agochamento de determinadas medidas como trampa para gañar as eleccións andaluzas Mentres, Rajoy considera que non compre que compareza perante a opinión pública. O mesmo pensa nalgunha fórmula para que non lle sigan, cada día un pouco máis, a asubiar os ouvidos no futuro. A arrincadeira: O 15M no seu primeiro aniversario Semella que algúns políticos aprenderon a lección recibida dos demócratas anoxados do movemento 15-M, mentres estes entenderon que i) Galicia non é Soria. ii) Non todos os políticos son iguais. iii) O futuro do movemento é a súa dimensión europea e universal e iv) A clave é puxar por unha fonda transformación social que garanta a cohesión e inclusión sociais e non por unha revolución anarquista ou comunista.
NOS_31071
A secretaría xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e mais o Museo do Mar da Galiza organizan un ciclo de concertos para o que contan coa presenza de Ugía Pedreira, Guadi Galego, Silvia Penide ou Emilio Rúa, entre outros.
Ás 18 horas do serán da cuarta feira, a cantante Ugía Pedreira, A Pedreira, abría o ciclo de concertos Mar de Cultura, que até o domingo 6 de decembro se desenvolve no Museo do Mar da Galiza, en Vigo. Na xornada de mañá segue a primar a voz feminina, con concerto titulado Mar de mulleres e no que se contará coas actuacións de Felisa Segade (integrante de Tres Pesos), Uxía, Guadi Galego e mais o cuarteto De Vacas. A cita será ás 20horas pero tamén se retransmitirá en liña a través da canle de Facebook do Museo do Mar da Galiza. Na sexta feira a música pona Ailá, tamén as 20 horas. A formación compostelá integrada por Abel Gañete, Manuele Pardo, Ángela Carou e Xan Pampín que se define como "proxecto artístico inspirado nas recollas históricas que se conservaron na cadea de transmisión oral ata os nosos días". A banda tamén afirma que trae "unha proposta pensada para bailar e gozar coa música desde un prisma contemporáneo". Os concertos do sábado e do domingo desenvolveranse en horario de 18 horas e contarán coas actuacións de Silvia Penide e Carla Lópezque levan a Vigo o seu espectáculo Fagamos un bis! Un canto á vida con cancións propias e alleas. Será o día 5 de decembro;mentre que o domingo 6 a quenda de clausura será para Emilio Rúa. Mar de Cultura é un evento organizado pola Consellaría de Cultura a través da secretaría xeral de Política Lingüística, xunto co Museo do Mar, que pretende constituír "unha cita comprometida coa música, coa lingua, coa cultura e coas artistas que apostan pola promoción do uso do galego desde a súa creatividade", din os organizadores. A entrada a todos os concertos é libre, até completar a capacidade de local, e tamén é de balde, e cada persoa pode retirar dous billetes.
NOS_55289
Unha vaga de euroescepticismo percorre a prensa española de dereitas. O fallo do xuíz alemán que descarta o delito de rebelión e decidiu excarcelar o ex president Carles Puigdemont provocou unha reacción furibunda. "O Supremo debe evitar que os alicerces da súa causa", di o editorial de El Mundo, "agora ameazados pola incomprensión estranxeira, sexan completamente socavados".
O rotativo que fundou Pedro J. Ramírez -agora en El Español- é o máis expeditivo. O seu editorial, que remata cun ataque frontal ao Goberno de Mariano Rajoy, fala da "inusitada, dolorosa complicidade" de Europa -que identifica coa Unión Europea- co "soberanismo. Acusa ao maxistrado xermano de ser "responsábel da renovada impunidade do prófugo" E cualifica a UE de "proxecto fallido" por non axudar o Estado español contra "un golpe de Estado interno". O contraste de titulares entre o 26 de marzo, cando Puigdemont foi arrestado en Alemaña, e a mañá do 6 de abril tamén resulta significativo. O pasado mes, ABC abría cun "Alemaña marca o camiño de volta aos golpistas fuxidos". Hoxe, sexta feira, o relato mudou: "A xustiza europea dá aire ao golpismo". Con idéntico fondo expresouse El País. "A caída de Puigdemont liquida a farsa do Goberno no exilio", titulou en marzo. Despois da decisión ada xustiza alemá, optou por algo máis descritivo: "Alemaña nega a rebelión e deixa libre Puigdemont". O editorial do xornal de Prisa, encabezado por un pouco dramático -en comparación- Revés xudicial, é unha miga máis aséptico. "Nunha decisión inesperada [...] De se culminar a entrega a España baixo este último suposto de malversación, sen dúbida suporía un serio revés para a causa xudicial en curso", afirma, antes de explicar que "a confianza das autoridades xudiciais españolas na rapidez e eficacia do mecanismo da euroorde non se viu satisfeita". Unha das cabeceiras máis próximas ao Executivo de Rajoy, La Razón, coloca o seguinte epígrafe no seu editorial: Fallo nefasto para España e Europa. De "profundamente decepcionante" cualifica a actuación alemá e considera unha "acusación sólida contra o xefe da rebelión" o criterio do Ministerio Público "e a petición cursada pola Xustiza española". Contrasta coa súa opinión sobre as decisións xudiciais alemás, "un auténtico despropósito e un atentado contra a razón e o sentido común". El Español, o dixital de Pedro J. Ramírez, mantén unha liña editorial semellante á de El Mundo, critica con dureza o Goberno de Rajoy, esixe eleccións. E, por suposto, sinala que Europa e Alemaña non son quen de entender as particularidades da xustiza e a política españolas.
NOS_58436
Dentistas, fisioterapeutas e podólogos exixen ao Goberno que elimine a obriga de abrir as súas clínicas ante o risco de contaxio por falta de material.
A pasada segunda feira entraron en vigor as medidas de prevención fronte ao coronavirus aprobadas polo Centro de Coordinación Operativa da Xunta, entre as que se estabelecían os negocios que poderían abrir as súas portas para prestar servizos á poboación. No caso da alimentación, teñen permiso froitarías, carnicerías, peixarías, padarías e pastelarías, así como tendas de licores ou de calquera outro produto alimenticio. Tamén poden permanecer abertas gasolineiras, tendas de informática, de telefonía, de animais, quioscos de prensa, farmacias, parafarmacias, ópticas e ortopedias. En canto aos servizos de saúde, a Xunta inclúe clínicas, laboratorios, médicos, dentistas, fisioterapeutas, pedagogas, psicólogas e veterinarias. Pero nas últimas datas, algún destes colectivos amosou o seu rexeitamento a estas medidas. É o caso das podólogas, que pediron ao Goberno español o feche das súas clínicas, coa excepción dos casos de urxencia, co fin de evitar posíbeis contaxios de doentes positivos asintomáticos. Suspensión a todos os efectos Segundo o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podoloxía, "débese considerar a podoloxía como unha actividade suspendida a todos os efectos, salvo a asistencia ás urxencias", que, consideran, "debe manterse para non contribuír ao colapso dos servizos de urxencias hospitalarios". Neste senso, denuncian que as profesionais do sector atópanse ante "a completa indefinición" legal sobre a situación das súas clínicas, polo que piden ás autoridades que contemplen a podoloxía como unha actividade "suspendida", afectada directamente pola pandemia ocasionada polo Covid-19, co gallo de poder solicitar expedientes de regulación de emprego de suspensión por forza maior, así como para que as autónomas poidan acceder ás axudas contempladas para o cese da súa actividade. Tamén critican que o desenvolvemento do artigo 17 do Real Decreto 8/2020, ademais de incluír a podoloxía, debería explicar debidamente o alcance da axuda económica que contén, xa que está aberto a "múltiples interpretacións e xera confusión" no colectivo afectado. Moitas das clínicas, como medida de precaución, xa están a fechar, pero deixan un contacto para atender os casos máis urxentes. Neste senso, o Consello puxo en marcha un protocolo que permite ás pacientes ser atendidas previamente por teléfono a través dun cuestionario previo. Tamén as dentistas O mesmo que acontece coas podólogas pasa coas dentistas. O Consello Xeral de Dentistas tamén reclamou a inclusión das clínicas dentro do decreto de estado de alarma pola pandemia do coronavirus. O seu presidente, Óscar Castro Reino, afirma que as profesionais do sector, ao traballar constantemente en presenza de aerosois e a unha distancia menor a un metro da boca do paciente sitúaos nunha situación de risco, ademais de convertelos en "vectores de transmisión", polo elevado número de persoas que atenden cada día. Ademais, critican a súa indefensión ante estes casos, xa que, explica, "estamos a doar todo o material de clínica, estamos a desabastecernos. Se non temos material, non podemos traballar con seguridade. Entón, loxicamente, limitamos a nosa actividade laboral". O problema non só se limita ás dentistas, senón tamén ao persoal por conta allea que traballa nesas clínicas. Como explican desde o Consello, hai moitas auxiliares ás que as súas empresas están a pedir que realicen o seu traballo con normalidade, pero coa "acumulación de pacientes nas consultas" o que se está a conseguir é aumentar a exposición ao coronavirus deste colectivo."Estamos altamente expostos. Ademais de que estarmos expostos, carecemos do material, co cal, temos que fechar a clínica si ou si". Denuncian desde o colectivo. Desfeita económica De non tomarse as correspondentes medidas, entre elas as mesmas que exixen as podólogas, Castro Reino vaticina unha desfeita económica para as clínicas dentais, xa que boa parte do seu persoal son traballadoras autónomas. "Non pode ser que se faciliten ERTE e extincións a determinados grupos e nós, que permanecemos abertos pero non estamos a traballar, aínda por riba teñamos que doar os nosos materiais á sanidade pública", advertiu. "Se nos piden o esforzo para doar material, que tomen as medidas económicas para paliar a grave desfeita económica que nos vai supor", engadiu. "Sería o feche de millares de clínicas e millares de profesionais quedarían na rúa. A xente ten que comer, pedimos axudas como as grandes empresas, ás que se lles dan facilidades. Se seguimos pagando as nóminas e non temos ingresos, iso lévanos ao feche por non facer fronte a estes pagamentos", alertou. As veterinarias, pola súa banda, están noutra situación ben distinta, xa que non está demostrado o contaxio do virus cos animais, polo que poden seguir a desenvolver a súa actividade como fixeron até o de agora.
NOS_43256
Último pleno antes do Día das Letras Galegas e Núñez Feixoo volveu falar de "imposición" para se referir ao galego. Fíxoo en resposta á pregunta do BNG na sesión de control, en que a súa portavoz, Ana Pontón, resumiu dez anos de política lingüística do Partido Popular: "Vostede foi o presidente que máis atacou a lingua propia".
A sesión de mañá no Hórreo volveu estar marcada pola presenza dunha ausencia: Vox. Que curiosamente axitou Feixoo para atacar a oposición. En concreto o Bloque, cando nunha singular torsión demagóxica lle espetou a Pontón a "evidencia" de que BNG e Vox "coinciden en moito e son firmes aliados do Goberno do PSOE". Ao que o presidente da Xunta non contestou foi, porén, aos feitos concretos argumentados pola nacionalista. Porque a década do PP en San Caetano saldouse cun programa de medidas contrarias á normalización do galego por primeira vez na historia da autonomía. O denominado Decreto do Plurilingüismo que o reduciu no ensino público e mesmo o prohibiu en materias de ciencia. O incumprimento xeralizado do Plan de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Hórreo en 2004. A supresión da programación infantil e xuvenil específica na TVG. O esganamento das axudas ao sector do libro. A implantación dunha ferramenta informática na Xustiza que imposibilita o seu uso. Como símbolo desta estratexia deliberada serve unha cifra, aduciu Pontón. A que consigna as partidas orzamentarias destinadas a normalización lingüística: oito millóns de euros, "tres veces menos que hai dez anos". Feixoo defendeuse con datos extraídos de informes da Real Academia Galega segundo os que o 73% da poboación emprega habitualmente o idioma, o 97,3% "sabe falalo" e o 83,5%, escribilo. E engadiu que el sempre estará "pola liberdade e contra a imposición". Mais esa mesma institución, lembrou a portavoz nacionalista, tamén alertou de que o célebre decreto de plurilingüismo crebara a transmisión do galego nas aulas e que este volvía a niveis dos 90. "Vinte anos de retroceso", sintetizou, e, con ironía, mencionou "o sábado de perdón na carballeira do Pino" canda Pablo Casado para lle pedir a Feixoo que cumpra o que prometeu a respecto do seu partido, "o abandono do pensamento único e a intransixencia". O presidente contestou botando man da extrema dereita. Sen indicar, por suposto, a que a única organización que chegou a acordos con ela foi, xustamente, o PP na Junta de Andalucía. "Bosques ameazados" pola marcha de Ence PSdeG e En Marea centraron as súas preguntas no mundo económico. Na réplica aos socialistas, Feixoo chegou a afirmar que a hipotética marcha de Ence da ría de Pontevedra suporía unha "ameaza" para os bosques galegos e as "200.000 persoas que non saben a quen venderlle a madeira". Encaixou a tese nunha restra de acusacións a Xaquín Fernández Leiceaga, cuxa intervención versaba sobre a "Galiza baleirada e de marcha lenta" do interior. O portavoz socialista debuxou un país con 28 comarcas en que a poboación caeu un 15%, "de persoas maiores, pensionistas", e onde a renda por habitante dista 20 puntos das zonas urbanas occidentais. "Cómpre planificación e perseverancia, porque reverter a situación non é imposíbel", dixo. Núñez Feixoo contraatacou na figura de José Luis Ábalos, ministro en funcións de Fomento, e asegurou que os socialistas son os responsábeis maiores da situación en Alcoa e do futuro de Ence fóra da ría -isto último algo que esixe unha ampla maioría social na bisbarra pontevedresa-. De complicidade tamén acusou Feixoo o portavoz de En Marea, Luís Villares, quen falou de emprego. Precariedade, estacionalidade e falta de políticas activas -en 2018, a Xunta deixou 120 millóns de euros sen executar ao respecto, afirmou- definen o panorama. O triunfalismo dominou o retruque de Feixoo, que non admitiu problema ningún, e colocou Villares a prol do peche de Reganosa, Meirama, As Pontes, Ence e a non ampliación de Citröen.
NOS_18597
Lendakaris Muertos, a banda máis politicamente incorrecta e sarcástica do punk acaba de sacar novo disco que titularon, homenaxeando a Neruda, Poderan Cortar a Droga pero non a Primavera. Un disco lehendakarísimo e unha vez máis non da puntada sen fío en cada unha das súas letras.
Grabado durante a xira Pandamericana, o novo traballo de Lendakaris Muertos sorprende por dúas cousas: Pola súa calidade e pola súa curta duración. Se ben a banda nos ten acostumados a discos con máis contido, este novo plástico non vai máis alá dos 16 minutos. O motivo non é outro que ao ser gravado durante a súa xira en América, o tempo era bastante limitado. Para compensalo, co disco, a banda agasalla un DVD coa gravación do concerto que deron na sala But de Madrid. O único tema que dedican neste traballo ao conflito vasco, é Gore Eta, tema como que abren o disco trala introdución. Un tema totalmente ramoniano onde xa se nota ese chanzo musical que avanzou a banda. As melodías son máis coidadas e nos retrousos coidan máis a afinación harmónica. O tema onde máis se pode notar esta evolución e sen dúbida Odio los Partidos, que non é unha versión de La Polla Records, se non un tema en contra do fútbol. Este é o tema más grande da banda, onde xa dende incio, o riff da guitarra anuncia como estamos ate un tema máis maduro do que nos tiñan acostumados. O tema gravado nun medio tempo, mima a melodía pouco a pouco até chegar a facer uns pequenos xogos vogais no retrouso. Neste traballo, xunto coas homenaxes a Neruda, Ramones, Ultimo Resorte ou La Polla Records, as letras cargan ironicamente contra o uso abusivo das novas tecnoloxías, como deixan claro en Lamentablet, ou noutra pequena xoia titulada El 4k se Llevó a mi Chica ou Fotomatón. Volven unha vez máis a falar do speed, en Speederman e fan un alegato contra a violencia machista en No Ez No. Todo coa dose de humor e sarcasmo que implica a marca Lehendakaris Muertos. Culpa de todo este novo crecemento musical radica sen dúbida na incorporación á banda de Josemi á guitarra. Coa experiencia acumulado como músico en bandas como Ska-P, nótase de xeito satisfactorio a súa aportación ao traballo da banda. Malia esta evolución, a banda non deixa de sonar a eles mesmos dende o primeiro acorde. Sen dúbida este paso era necesario agora que a banda chegou ao nivel que chegou e que sen dúbida precisaba de un afianzamento técnico. Se tivera que definir este traballo, empregaría sen dúbida o título da canción de peche: Isto é Lehendakarísimo. Web: http://lendakaris.com Facebook: https://www.facebook.com/lendakaris/
PRAZA_20481
Non teño a culpa de que a Romanística actual non concorde cos postulados lusistas, porén é o que ten a ciencia: que se basea en datos e non en ideais. E a Lingüística é moi clara ao respecto
(Primeira e derradeira contestación a Luís F. Figueiroa) Prezado homónimo: Si, compartimos nome. Aínda que eu prefiro a forma: Lois, perfeitamente documentada nos textos galegos antigos, viva como apelido e tamén como topónimo. Mais como non se usa en portugués, supoño que o lusismo non a considera "bo galego". Ben, entrando en materia: o galego pode ser moitas cousas segundo o opinador, porén realidade só hai unha. Na miña defensa debo dicir que non teño a culpa de que a Romanística actual non concorde cos postulados lusistas, porén é o que ten a ciencia: que se basea en datos e non en ideais. E a Lingüística é moi clara ao respecto: Se galego e portugués son o mesmo, que sentido teñen os doctorados de galego nas universidades portuguesas e brasileiras, amais doutras universidades de España, Europa e América? E por que a Universidade de Lisboa ten a Catedra de Estudos Galegos fóra do Centro de Literaturas e Culturas Lusófonas e Europeias? O Lexikon der Romanistischen Linguistik (1988-2005), a máis moderna e extensa enciclopedia da Romanística actual en 12 volumes, dedica o vol. VI-2 a "Galegisch e Portugiesisch", e os anteriores dedícaos a "español, aragonés e asturleonés" (vol. VI-1) e a "occitano e catalán" (vol. V-2). Como se ve a moderna Romanística tamén ampliou horizontes para outros "dialectos". The Oxford Guide to the Romance Languages (2016), compendio de Romanística ben recente, na súa descrición das diferentes linguas romances dedica o cap. 23 a Galician and Portuguese. Polo que parece, a prestixiosa Universidade de Oxford tamén separa ambas as variantes. Isto son datos, non opinións. Dun lado a Romanística actual –a antiga consideraba o galego como dialecto, ora do portugués, ora do castelán; no entanto a ciencia lingüística avanza, aínda que non ao gusto de todos–, coas tres universidades galegas á cabeza, defendendo unha separación actual entre ambas as variantes do galego-portugués, que implica as súas descricións por separado. E do outro: a Academia Galega da Língua Portuguesa, a Associaçom Galega da Língua, o Movimento Defesa da Língua, A Gentalha do Pichel etc.; negando esa separación e considerando o galego como forma dialectal do portugués, de acordo coa rancia clasificación tradicional da Romanística. Seguro que coñece o dito: "o movemento demóstrase andando", daquela permitirame que co seu texto demostre o que afirmaba no meu artigo sobre a problemática da ortografía portuguesa cando é usada por galegos. Gustaríame aclarar que non o fago con ánimo vingativo, senón meramente exemplar. O seu texto, seguindo a ortografía portuguesa que defende, incorre nos seguintes erros a respecto desa mesma ortografía. Así na acentuación: e porque? (correcto: e porquê?), quando nós achegamos (quando nos achegamos), é (conx.) (e), fossemos (fôssemos), alguem (alguém), toponimia (toponímia), vás (vas; pois "vás" é Pres. de Conjuntivo correspondente co gal: vaias) e irredutiveis (irredutíveis); no uso do trazo: Cabo-verde (Cabo Verde) e contarche (Port:contar-te, Reint: contar-che); na inclusión de "dialectalismos" galegos: em verdade (na verdade), cousa (aínda que coido que este galeguismo recibe a graza de non estar proscrito), seica, teimuda (teimosa), escolheches (escolheste), podo e poda (posso e possa), coma ti (como tu/você), fum (fui), hai (há; cóase o galego ao menor descoido), dim (dizem: tamén usado), mais ainda (mas ainda: tamén usado), nom (não: tamén usado), fas (fazes) e fai (faz) (mais tamén aparece: fizeram) e hoxe…, manham… (refrán con mestura ortográfica); na morfoloxía: uso indistinto de "te" ou "che" (Ex.: dizer-te, que che diga, que mais te podo dizer, falar-che, soltam-che, contarche e que te vou contar); e tamén se coa algún castelanismo: por todas partes (por todas as partes) e em todas partes (em todas as partes) e qualquer destas conclusões (quaisquer destas…). Se cadra comprende que se vostede comete estes erros, sendo filólogo, o cidadán común non o vai ter máis doado. Por certo, comeza o seu texto chamándome: "Carballal", e remátao mudándome o apelido: "Carvalhal"; prefiriría que ficase tal como figura no meu DNI, abondo teño coas correccións castelás en: "Carvajal". Polo seu texto vexo que á parte do nome tamén coincidimos en ter familia en Lugo, dun concello próximo procede a miña, mais nunca ouvín pronunciar ditongo nasal ningún na zona, eles sempre din: "mai" e "irmao", como tamén: "ti", "el", "cas" (pl. de can) ou "bon" > pl. "bos", por poñer outros exemplos. Por último, aproveito o presente texto para me defender das críticas recibidas polos meus artigos que me acusan, coido que algo inxustamente, de ser fiel defensor da ortodoxia normativa da RAG, cando eu me considero modestamente crítico coa normativa vixente, tal como pode comprobar quen quixer ao ollar os meus textos sobre o galego no blogue: Debullando a fala, escritos dende hai varios anos. E remato co inicio dun coñecido poema de C.E. Ferreiro, para quen quixer entender, entenda: Lingoa proletaria do meu pobo / eu fáloa porque si, porque me gosta, / porque me peta e quero e dame a gaña / porque me sai de dentro, alá do fondo / dunha tristura aceda que me abrangue / ao ver tantos patufos desleigados, / pequenos mequetrefes sin raíces / que ao pór a garabata xa non saben / afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, […].
NOS_22302
A intervención da deputada de EH Bildu, Mertxe Aizpurua, estivo interrompida desde o inicio polos partidos da dereita
A intervención da portavoz parlamentaria de EH Bildu, Mertxe Aizpurua, foi recibida este domingo na segunda sesión do Pleno de investidura do candidato socialista, Pedro Sánchez, con berros de "asasinos" e "terroristas". Practicamente desde que subiu á tribuna, desde a bancada da dereita, onde se atopan situados os representantes de PP, Vox e Ciudadanos, comezouse a interromper á dirixente de Bildu. A primeira vez foi cando estaba a criticar o discurso do Rei após o referendo do 1 de outubro de 2017. Nese momento, escoitáronse no Congreso berros de "asasinos" desde os escanos da dereita do hemiciclo e mesmo tamén se puido escoitar un "viva o Rei". O primeiro cualificativo non pasou desapercibido para a presidenta do Congreso, Meritxell Batet, que tivo que intervir en diversas ocasións para pedir ás súas señorías que gardasen silencio e que respectasen á deputada que estaba no uso da palabra. A deputada vasca advertiu a Sánchez de que depende dos seus votos para sacar as súas políticas adiante ou para manter o Goberno de Navarra e esixiulle "un cambio en profundidade" para contar con eles. "Vostedes son o último tren cara á última estación, non deixen pasar a última oportunidade", engadiu. Así mesmo, Aizpurua reclamou ao candidato socialista "democratizar o Estado, respectar o seu carácter plurinacional, o dereito de autodeterminación e repartir a riqueza" se quere manter o apoio de EH Bildu. Aizpurua xa era deputada na lexislatura anterior, aínda que é a primeira vez que Bildu logra grupo parlamentario propio ao sumar cinco deputados e superar o 15% dos votos en Euskadi e Navarra.
NOS_48814
Un total de 322 grupos de voluntarios tomaron parte en 2015 nas inspeccións para testar a saúde dos ríos galegos. Unha iniciativa que se enmarca no 'Proxecto Ríos' da Asociación ecolóxica para a defensa de Galiza.
O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos facilítanos unha fotografía do seu estado ecolóxico en base as análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante.No 2015 foron 322 os grupos os participantes. Das súas análises e inspeccións despréndese, indican Adega, que hai unha diminución na porcentaxe de ríos en 'moi bo estado' tanto na primavera como no outono. Analizando o estado bo dende o 2012, obsérvase un aumento paulatino, que está directamente relacionado coa diminución do estado moi bo. Hai, pois, un trasvase de ríos do estado moi bo ao estado bo, "e polo tanto constatase unha certa degradación da calidade dos ríos que se atopaban en un moi bo estado de saúde". No que atinxe os treitos que teñen 'calidade moderada' , mantéñense nos niveris de 2012 e 2013. Os treitos con 'calidade deficiente' volven a valores próximos aos anos 2011 e 2012. Estes valores corresponden cos ríos Ouro (Alfoz) e Sil (O Barco) en primavera; en outono os ríos con saúde deficiente foron o Sar (Santiago), tres treitos do Mero (Cambre), e os ríos Limia (Xinzo), Gafos (Pontevedra) e Belelle (Neda). Bosque de Ribeira Nestas inspeccións tamén se inclúen os bosques de ribeira, sinalando Adega que nestes anos comp´robase unha tendencia "cara á degradación das marxes dos nosos ríos". Así, indícase nas conclusións do informe, apenas se atoparon en bo estado de conservación o 35%-40% das masas de árbores do bosque de ribeira. Apréciase un aumento das marxes 'moi degradadas' cun 20% en primavera e case o 25% en outono. As marxes moi degradadas medran a expensas das que posúen alteracións importantes, o que indica que as marxes con alteracións importantes evolucionan cara a degradación en vez de cara a recuperación. Os treitos estudados coas dúas marxes moi degradadas correspóndense cos ríos Corgo, Lagar, Sarela, Gallo, Valdexería , Mero, Gafos, Louro, Pontiñas, Tella, Tea e Limia.
PRAZA_13800
O Foro do Camiño Primitivo urxe a Xunta á "delimitación oficial" e á "conservación" da milenaria calzada medieval e culpa a Administración de "indiferenza" ante as denuncias sobre o seu estado. O colectivo lembra que a Unesco está a analizar a candidatura da senda a Patrimonio Mundial.
"Elevado grao de ameaza ambiental e de agresión ao seu patrimonio cultural". Así se atopa o Camiño Primitivo, esa milenaria calzada medieval e primeira senda de peregrinación a Compostela, segundo denuncia o Foro do Camiño Primitivo, colectivo que leva anos alertando á Xunta "da necesidade urxente dunha delimitación oficial para esta vía". Ao cumprírense dous anos da constitución do Foro, esta asociación celebrou unha asemblea xeral nos últimos días na que insistiu na premura pola que debería optar o Executivo galego para un proceso de delimitación "que podería asegurar a preservación da súa traza física e do seu territorio histórico", sobre todo agora que "a Unesco está a analizar o expediente da candidatura do Camiño Primitivo para ser proclamado como Patrimonio Mundial". A ausencia de actuacións da Xunta na protección e delimitación do Camiño pon en perigo as súas opcións de ser declarado Patrimonio Mundial Esta candidatura foi anunciada xa a comezos de 2011 por parte do Consello de Patrimonio Histórico Español, pero malia as peticións do Foro para a súa delimitación e conservación, a día de hoxe "aínda non se coñece unha soa actuación que a Xunta teña realizado para este fin". "Este proceso é apremante", recordan. Ademais, o Foro reclama a delimitación oficial do Camiño Primitivo ante os "reiterados impactos" contra a súa estrutura tradicional e que xa foron denunciados ante a Consellería de Cultura e o Servizo de Patrimonio, que fixeron "caso omiso das súas obrigas legais". O colectivo en defensa desta vía histórica medieval lembra tamén que hai varias "desfeitas" na ruta que tamén foron comunicadas ás administracións, entre as que destacan a adulteración da traza camiñeira en Guntín de Pallares, en Castroverde ou na Terra de Melide (Pena Ferrada e Camiño da Martagona); o impacto das concentracións parcelarias no entorno do hospital de Burgo de Negral, de Poutomillos e da Esperela (Campo da Matanza); a tala das carballeiras na Pradeda do Cádavo; o peche do camiño vello en Carballido e San Xoán do Alto (Lugo) ou en Vilalle (Castroverde); o deterioro paisaxístico e ambiental producido pola canteira de Bascuas (Lugo); a presión urbanizadora no barrio do Carme (cidade de Lugo); a marxinación da verea iniciática na Póboa de Burón; a recente destrución do Forno de Valeriano na Fonte Sagrada; a futura implantación do polígono industrial da Fonsagrada; o asentamento dun parque eólico sobre as ruínas do Hospital de Montouto fundado por Pedro I; o deterioro arquitectónico en Soutomerille (Castroverde) e no Carril das Flores, Regueiro dos Hortos e Calzada da Ponte (Lugo); a permuta da vía pública no Mesón de Fraiás. "A indiferenza da Xunta ante as denuncias é un acto de neglixencia e abandono das responsabilidades públicas" Para o Foro do Camiño Primitivo, a "indiferenza" da Xunta ante as denuncias é "un acto de neglixencia e abandono do exercicio das responsabilidades públicas na defensa deste ben comun". "A pasividade e inoperatividade administrativa, mesmo con informes favorábeis, tamén dos entes locais, reafirman a necesidade dunha delimitación abordada con clara vontade política, rigor científico e respecto á legalidade xurídica", recordan. Así, o colectivoadvirte á administración pública que "se manterá vixiante para que esta responda á legalidade en todos os seus termos e para que reclame un debate social participativo, serio e rigoroso previo á delimitación definitiva, tanto do itinerario oficial como do territorio afectado". Así mesmo, o Foro considera como premisas irrenunciábeis na delimitación oficial do Camiño Primitivo os principios de integridade e autenticidade histórica da calzada milenaria, o que implica que haberá que recuperar a traza antiga e a súa custodia, seguindo os criterios legais, e que se desbotará a redución do ámbito do BIC (Ben de Interese Cultural). "Estes son os valores nos que acreditan firmemente as persoas, entidades e organizacións que constitúen esta plataforma e para cuxa defensa manifestan a súa disposición decidida e ofrecen a súa colaboración", din.
PRAZA_13054
O III Seminario sobre a memoria: A guerrilla e os campos de concentración, terá lugar entre Melide e Rianxo os próximos 1, 2 e 3 de xuño e contará coa participación de Francisco Martínez, Quico, un dos últimos guerrilleiros.
Francisco Martínez, Quico, un dos últimos guerrilleiros vivos, participará no III Seminario sobre a memoria: A guerrilla e os campos de concentración, que se celebrará en Melide e Rianxo os vindeiros 1, 2 e 3 de xuño de 2012. O seminario, organizado polos departamentos de Ciencias Sociais do IES "Félix Muriel" de Rianxo, e do IES Melide, e por Nova Escola Galega, incluirá unha parte téorica, formada por palestras e debates, e tamén un percorrido polos lugares nos que estaban os campos de concentración franquistas en Padrón, Lousame, Muros e o Barbanza. Tamén se visitarán as minas de San Finx, en Lousame, significativas pola súa resistencia fronte ao golpe de estado de 1936. Haberá, igualmente, proxeccións de documentais e o sábado 2 de xuño descubrirase unha placa de homenaxe á escola da República, nun acto organizado polo Concello de Rianxo. Ademais de Francisco Martínez, Quico, intervirán no Seminario o especialista na resistencia antifranquista Xaquín Yebra e os estudosos dos períodos da II Republica e o Franquismo no Barbanza Xesús Costa e Xesús Santos. Quico participou activamente nas actividades guerrilleiras, a cabalo entre Galicia e León, na partida de Girón, desde os 17 anos, e conserva unha lucidez e axilidade física extraordinarias que lle permiten seguir sendo unha testemuña de primeira man, absolutamente fundamental para o coñecemento e a análise do papel da guerrilla na loita contra a ditadura. Vén de publicar a obra Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido. Programa do Seminario (.pdf)
PRAZA_5443
Os lectores non só imaxinamos os personaxes das ficcións, tamén imaxinamos os autores como personaxes aos que lles atribuímos calidades negativas ou positivas sen coñecelos persoalmente. Escritores e lectores somos así.
Cando unha persoa morre permanecen os seus restos, e cando morre un escritor permanece a súa obra, dure o que dure. Pero mentres están vivos, por unha banda rivalizan case inevitablemente entre eles porque, aínda que nin eles mesmos o desexen, a sociedade en xeral e o público lector en concreto adoita crear rivalidades, gozan con iso. Con frecuencia dáse o enfrontamento entre pares e, ás veces, créanse banderías enfrontadas entre lectores e seguidores. Hai enfrontamentos tales en diversas épocas e literaturas, pero xa se estarán dando conta de que quen estou a falar. Ao morrer Gabriel García Márquez acaba o tenso duelo con Mario Vargas Llosa Doutra banda, mentres viven, as súas mesmas figuras andan polo medio interferindo na súa propia vida e na súa obra; moitos lectores len un autor, autora, porque "simpatizan" coa imaxe que teñen deles. En maior ou menor parte a imaxe é construción do propio autor e en maior ou menor parte unha creación dos lectores. Os lectores non só imaxinamos os personaxes das ficcións, tamén imaxinamos os autores como personaxes aos que lles atribuímos calidades negativas ou positivas sen coñecelos persoalmente. Escritores e lectores somos así. Hai enfrontamentos tales en diversas épocas e literaturas, pero xa se estarán dando conta de que quen estou a falar. Ao morrer Gabriel García Márquez acaba o tenso duelo con Mario Vargas Llosa. Como quen len literatura adoitan ser persoas críticas coa realidade en xeral, para elas gozan de máis prestixio os escritores identificados coas distintas formas da esquerda e, como é sabido, iso neste caso beneficia a García Márquez. Paréceme evidente que os argumentos de Vargas Llosa son máis antipáticos ao lector de ideas de esquerda, quen ten ademais en contra que, mentres García Márquez opinaba pouco, a presenza constante de Vargas Llosa nas páxinas de El País emitindo as súas opinións golpea na imaxinación de quen disentimos delas. Mentres García Márquez opinaba pouco, a presenza constante de Vargas Llosa nas páxinas de El País emitindo as súas opinións golpea na imaxinación de quen disentimos delas Non creo que os escritores deban ser desta ou doutra maneira, ao contrario. E, de todos os xeitos, creo que se debe desconfiar das súas opinións, pois adoita poderlles o seu fondo de irracionalidade tan vivo (pode parecer paradoxal que eu opine así, pero é o que opino). Sei, con todo, que o traballo do escritor de ficción condúceo inevitablemente a interpretar a realidade humana e social, e aínda creo saber que é moi frecuente que se dean en paralelo e desde o comezo a preocupación estética e a ética e que, polo tanto, o escritor acabe exercendo dun modo explícito como intelectual que emite opinións. É o caso deses dous escritores. E non creo que mereza menos respecto a paixón ética dun que a do outro, ambas manifestáronse nas súas vidas de forma distinta e con puntos de vista distintos pero ambas me parecen moi sinceras. Non creo que García Márquez fose un narrador que pretendese unha literatura política, máis ben interesoulle contar vidas cun destino marcado Aínda que seguro que haberá outras opinións que lle atopan un sentido político directo ás súas ficcións, non creo que García Márquez fose un narrador que pretendese unha literatura política, máis ben interesoulle contar vidas cun destino marcado. Con todo, retratou o seu mundo: países marcados polo colonialismo, destinados á violencia interna, ao machismo e destinados a ser sometidos a militares ditadores. Doutra banda, como persoa mantivo un compromiso público con Cuba que responde a unha posición antiimperialista; paréceme que é posible ser totalmente anti imperialista sen aliñarse co réxime cubano, el fíxoo da maneira que mellor lle pareceu e soubo; a vida cos seus dilemas non é cousa simple. En todo caso, o seu compromiso foi fundamentalmente ético e, fóra desa relación con Fidel Castro, non apareceu moi detallada. Na súa reivindicación do liberalismo xúntanse elementos do liberalismo europeo, que fundarían as sociedades democráticas, coa interpretación da economía propia da escola ultra liberal de Milton Friedman, quen inspirou a política dos gobernos de Pinochet O caso de Vargas Llosa é distinto e aínda que na súa evolución ao longo dos anos cambiou completamente de referencia política, dun extremo a outro, o certo é que si mostrou un compromiso público constante con políticas concretas. Fíxoo no seu momento co réxime de Castro e seguiuno facendo despois apoiando as políticas do ultra liberalismo norteamericano, que expresa sen dúbida os intereses do gran capital internacional e o punto de vista de Wall Street. Na súa reivindicación do liberalismo xúntanse elementos do liberalismo europeo, que fundarían as sociedades democráticas, coa interpretación da economía propia da escola ultra liberal de Milton Friedman, quen inspirou a política dos gobernos de Pinochet, un réxime ao que avalou na práctica. Friedman receitaba unha sociedade tolerante internamente para os individuos de clases sociais privilexiadas de Occidente pero o mero colonialismo para o conxunto das poboacións dos países sometidos a EEUU. Vargas Llosa é alguén tan posuído pola ideoloxía como os militantes do signo contrario a quen chama sectarios Desde o meu particular punto de vista, Vargas Llosa é alguén tan posuído pola ideoloxía como os militantes do signo contrario a quen chama sectarios. De feito, poderíase dicir que é un intolerante da tolerancia ou un autoritario da democracia. Pero no fondo estas cousas teñen máis que ver co noso carácter e a nosa personalidade que cos razoamentos lóxicos. É dicir, o seu modo de intervir defendendo a racionalidade coa súa apaixonada e intransixente defensa dos seus puntos de vista é moi impositiva e irracional, pero é que as persoas somos así, fundamentalmente irracionais. Incluído Vargas Llosa. En canto á súa pretensión de trasladar as receitas de Margaret Thatcher a Perú, levarían unha dor e uns custes sociais iguais ou maiores que os da candidatura que o derrotou. Pero estou seguro que el razoaría que ese sufrimento humano era necesario para lograr un ben maior: a racionalización do Perú, transformalo nun país europeo. Ao chegar aquí só se me ocorre o de que "os soños da razón producen monstros". Alejo Carpentier relatou como a razón furiosa chegou a unha parte de América no mesmo barco que a guillotina. Hai moito dese paradoxo, que a razón instrumental é salvaxe, como analizou Horkheimer, no conxunto da argumentación de Vargas Llosa. Estou seguro que el razoaría que ese sufrimento humano era necesario para lograr un ben maior: a racionalización do Perú, transformalo nun país europeo Pero desde logo o seu compromiso con Perú é moi real, como todo artista en realidade é alguén estraño á súa sociedade, de feito non podería vivir a súa vida limitándoa ao Perú, nin entón nin agora, pero foi capaz de abandonar o seu camiño de escritor para entregarse á política peruana. Doutra banda, a súa obra si é directamente política, basta citar "Cuando se jodió el Perú, Zabalita?", de Conversación en la Catedral, unha novela magnífica. Aí está todo un autor. Mesmo hai novelas súas, como El hablador ou Historia de Mayta, na que narra os rachos íntimos de personaxes, como el, que se rebelan de forma radical contra a situación do seu país e fano con violentos cambios na súa identidade persoal, desaparecendo, autodestruíndose. Persoalmente gocei e aprendín cos libros de ficción propiamente que escribiu hai anos, aínda que sempre é un bo escritor, pero, ademais, se se lle le sen prexuízos hai que recoñecer que a súa traxectoria é a dun artista e un intelectual sincero. Creo que moi equivocado nas súas análises, máis subxectivos do que el querería, pero totalmente sincero. Pode merecer o noso desacordo pero, sen dúbida, merece o noso respecto. Aínda que, démoslles a súa importancia xusta, como lles dicía ao principio as opinións dos escritores hai que interpretalas sempre á luz da súa subxectividade. Tampouco me vaian a facer moito caso.
NOS_47581
27,5 por cento decántase por considerar que o país é castrexo, segundo a sondaxe de Sermos.
Clara maioría a prol da identidade céltica da Galiza, de acordo cos resultados do inquérito de Sermos. A sondaxe realizouse para pulsar a opinión da Comunidade Sermos sobre o contido do debate tido no semanario por Pepa Rei -favorábel á opción castrexa- e Felipe Senén -partidario da hipótese celta. 57,2 por cento dos votos recollidos no inquérito foron para avalar a teoría de Galiza ser un país celta, como Irlanda, Escocia ou Gales. Aliás, 27,5 por cento das persoas participantes na sondaxe inclináronse por considerar que Galiza non é celta, senón castrexa. 15,2 por cento optou por manifestar que non ten unha opinión formada ao respeito.
PRAZA_18675
ANÁLISE | A precarización laboral, o pouco desenvolvemento das industrias culturais, as trampas da teoría do emprendemento fixéronnos remudar valores e formas de facer en cultura, volvendo poñer o foco de novo na proximidade, no colaborativo, no social e no relacional. Por Alberto García
'A Xestión Cultural en Galicia': Retos e potencias da cultura galega A caída das ideas do profesor Florida sobre as clases creativas, o pouco desenvolvemento das "industrias" culturais, as trampas que agocha a teoría do emprendemento en xeral e do creativo en particular e a gravísima e continuada precarización laboral á que se nos levou na última década ca escusa da chamada crise, fixéronnos remudar VALORES e formas de facer en cultura, volvendo a poñer o foco de novo na proximidade, no colaborativo, no social e no relacional. A precarización laboral, o pouco desenvolvemento das industrias culturais, as trampas da teoría do emprendemento fixéronnos remudar valores e formas de facer en cultura, volvendo poñer o foco de novo na proximidade, no colaborativo, no social e no relacional E volvemos a falar da cultura como un DEREITO máis que coma un recurso. E paramos as obras das grandes infraestruturas (de momento), e criticamos os macro-festivais e premiamos aos pequenos. E os grandes congresos de Madrid aos que iamos no pasado, volveron a chamarse "de cultura e cidadanía". Mais comecemos polo principio. En 1959 André Malraux é a primeira persoa que dirixe un ministerio de cultura como hoxe o entendemos, nunha Francia que por intereses estratéxicos e non humanísticos (pero esa é outra historia) decidiu crear un ministerio e unhas políticas públicas que facilitasen á cidadanía o acceso universal á cultura. Desta maneira naceron as casas da cultura como rede de equipamentos descentralizados e pensados para achegarse ao pobo. E, desta maneira, o Estado converteuse no actor principal do que emanaba a cultura. 1968 A Malraux e a De Gaulle colleunos o Maio do 68 en París, e non lles gustou nada, mais non puideron evitar que se convertera nun punto álxido de cidadanía, de implicación social e política, de activismo e participación. A década que inaugurou aquel Maio veu marcada dos Pirineos para abaixo polas nosas propias circunstancias. Morreu un ditador. E respirouse liberdade (igual máis que agora). E en cultura primaba o sociocultural, a base, as asociacións, o amador, a cidadanía. André Malraux | Dominio público "Ámbito sociocultural" encabeza este texto. Que é o sociocultural? Pois dende aquelas décadas dos 60/70 e até hoxe é, segundo di a UNESCO, "o conxunto de prácticas sociais que teñen como finalidade estimular a iniciativa a participar das comunidades no proceso do seu propio desenvolvemento e na dinámica política na que están integradas". O sociocultural é participar, implicarse, ser parte activa do proceso en vez de ser espectadoras das políticas culturais que o poder deseña para nós. O sociocultural é exercer a cidadanía. É xerar a cultura dende abaixo cara arriba e non ao revés. É facer unha cultura distribuída entre moitas persoas que, como a practican e a senten, xa non necesitan convocar a audiencias que as contemplen, porque a propia cultura está inserida na vida das persoas, e os aforos sempre se enchen. O sociocultural é a cultura de base comunitaria, baseada nas teorías da educación social e popular que incidían en que o coñecemento (e o cultural) non debía ser só transmitido, senón xerado, popular e colectivamente. O sociocultural é converter a democratización cultural de Malroux nun estadio máis avanzado e conectado coa xente: a democracia cultural O sociocultural é ampliar, superar e desbordar o dereito de acceso á cultura recoñecido na Constitución española. Máis alá dese dereito de acceso, do dereito a ser espectadoras, está o dereito a ser protagonistas, o dereito a participar, a facer cultura. A sociocultura é o exercicio activo dese dereito. Un exercicio transformador, en canto incide na evolución social e política dos territorios. A capacidade de auto-organización cidadá e de espírito crítico que favorece o exercicio sociocultural non a acadaron os macro-equipamentos máis espectaculares aos que temos acceso pero dos que estamos tremendamente afastadas. O sociocultural é converter a democratización cultural de Malroux nun estadio máis avanzado e conectado coa xente: a democracia cultural. Porque a sociocultura é, sobre todo, unha ferramenta para avanzar na democracia. 1987 En 1987 un engominado Michael Douglas namoraba ao mundo coa erótica do dólar. E comezamos a falar de industria (cultural), de marca-territorio, de Guggenheims e Calatravas, de Xacobeos e macro-festivais Sigamos con esta liña do tempo estimulante e pouco académica. En 1987 un engominado Michael Douglas namoraba ao mundo coa erótica do dólar que representaba Wall Street e os brokers da bolsa. Aquela estética conquistaba o planeta e tamén o esquema de valores de Occidente, e claro, a cultura non quería ser menos. E comezamos a falar de xestión (cultural), de industria (cultural), de emprego e de turismo (cultural), de marca-territorio, de Guggenheims e Calatravas, de Xacobeos e macro-festivais, de creatividade e innovación, de economía e cultura. Richard Florida sentaría as bases dunha nova clase social, a creativa, que dúas décadas máis tarde é exemplo de precarización e de "desclase", que diría Jaron Rowan. "Fuimos neoliberales y nos encantó", dicía o seu amigo Rubén Martínez. O paradigma da economía e a cultura (da economía e todo) segue vixente na nosa sociedade, como continúa o sistema capitalista, parece que por momentos esgotado pero cunha enorme capacidade de reinvención e supervivencia. Cidade da Cultura | Xunta 1998 Neste ano naceu Google, icona dunha das revolucións máis importantes do último século, como é a revolución dixital, Internet e tódolos cambios socioeconómicos que isto desencadeou. Internet veu a cambiar a nosa maneira de relacionarnos, de comunicarnos, de consumir. Cambiou estratexias de sectores enteiros e cambiou tamén as formas da participación cidadá. Pode ser que con obxectivos perversos, como se pode entender na teoría da modernidade líquida de Zygmunt Bauman, pero o feito é que a vontade de participar hoxe trasládase a través das redes sociais e da altísima conectividade á que temos acceso. Unha participación virtual, extremadamente cambiante e que implica pouco compromiso, pero que a través de facilitar a conexión (real ou non) entre persoas, empuxou a que cambiaran moitas cousas. Esta "participación líquida" cambiou e fixo máis complexas as estruturas nas que nos relacionamos. Cambiou o punto de vista emisor-receptor en moitos eidos, favorecendo a participación das multitudes. Por exemplo, no eido do coñecemento, no paradigma anterior, había un emisor claro: os gardiáns do coñecemento, a academia, a enciclopedia, as persoas que definían o significados das palabras. A día de hoxe, a enciclopedia máis consultada en Occidente xa non é unha obra pechada firmada por uns poucos, senón que é unha construción colectiva dunha multitude de persoas que, a través da conectividade de Internet, co-escriben a Wikipedia. 2008 A crise. Unha vez desencantados do manifesto Holstee e a febre do emprendemento, démonos conta de que a precarización laboral era a realidade final da que non nos falaban nin Richard Florida nin Michael Douglas A crise. Unha vez desencantados do manifesto Holstee e a febre do emprendemento, démonos conta de que a precarización laboral era a realidade final da que non nos falaban nin Richard Florida nin Michael Douglas. E remudamos os valores, e volvemos centrar o foco nas persoas, e desenvolvemos novas teorías. "O decrecemento en termos xerais avoga por repensar o desarrollismo e o crecemento económico e produtivo como único paradigma da sociedade. As propostas decrecentistas falan da redistribución e relocalización dos recursos a partir de experiencias de autoxestión cidadá, que dean opción a outro tipo de relación entre medios, sistemas e modos de supervivencia. O decrecemento reformula polo tanto a produción cultural en termos de ecosistemas socioculturais onde diversos axentes entran e deben soster un ritmo de relacións nun entorno e cunha biodiversidade específica. O reto é non caer no colonialismo e no monocultivo das grandes corporacións globalizadas tamén na produción cultural. Evitar este sistema de produción de grandes proxectos centralistas nos que non se permite a produción local e a biodiversidade. O decrecemento cultural propón a redistribución dos recursos, con outras lóxicas de xestión, con outros orzamentos, con outros axentes e outros tempos e ritmos. Póñense agora en dúbida os macro-eventos, as grandes programacións de alto custo, as grandes infraestruturas…a cultura tranxénica". Ante isto, modelos de cooperación local, xeración de grupos de traballo, transversalidade e colaboración entre diferentes axentes de cada territorio onde se traballa, espazos de cidadanía directa" Transductores. Plataforma interdisciplinar. 2011 Nos últimos anos toda unha serie de condicionamentos que non imos analizar aquí desembocaron nunha crise de representación política que se fixo visible o 15 de Maio de 2011 en prazas e lugares de todo o Estado, e noutras partes do mundo. Moitas persoas, fartas dos sistemas políticos que as gobernaban ata ese momento, berraron que eses sistemas xa non as representaban. E a partir de aí non só se desencadearon cambios institucionais e electorais, senón que sobre todo se remotivaron moitos movementos de autoxestión e participación cidadá. A teoría dos comúns cobrou forza e está a definir moitas formas de facer que se están institucionalizando en certa medida dende a sociedade e dende algunhas administracións. "Se houbera que crear un museo dedicado a honrar a cultura da aprendizaxe, ¿cal sería o seu contido? Primeiro habería que despedagoxizalo; é dicir, sacar dos seus deseño ao expertos na fábrica do currículo, aulas, libros de texto, test de control e cadros de honra. O seu lugar deberan ocupalo a xente do barrio, os músicos de rúa, as artistas urbanas e os contadores de historias. Tamén estarían as mestras, as que tivemos na aula e as que nos atopamos na rúa. Invitaríamos aos profes para que deixaran espazo aos mestres. A radio, o centro social, o clube de sendeirismo, a sala de espera do médico, as festas do pobo, o mercado, e sobre todo a praza pública. En calquera sitio, de calquera persoa e en calquera momento sería o lema do noso museo". Antonio Lafuente (2015) investigador do CSIC na área de estudos da ciencia, especializado en procomún. Transductores | UCLM Ante esta REALIDADE ACTUAL á que chegamos logo desta viaxe exprés polas últimas décadas, as persoas que traballamos en cultura debemos repensar unha vez máis o noso papel. O libro branco da xestión cultural a nivel estatal fala dun/ha profesional da cultura FRONTEIRIZO, unha sorte de axente individual e comunitario, intersectorial (público, privado, terceiro e cuarto sector, mixto..) transversalizado por tódolos campos potenciais e activos da creatividade, mediador/a para a imprevisibilidade das tendencias culturais. Esta realidade actual á que chegamos por diferentes motivos está polo menos na miña opinión máis preto que nunca das teorías socioculturais clásicas As institucións públicas deberan ser tamén híbridas, garantes do acceso á cultura recollido no artigo 44 da Constitución, mais tamén facilitadoras da produción, da participación en cultura, con vocación de servizo e poñendo os recursos públicos a disposición do ben común. Esta realidade actual á que chegamos por diferentes motivos está polo menos na miña opinión máis preto que nunca das teorías socioculturais clásicas. Hoxe en día priorízase O FACER DA CIDADANÍA, sexa esta expresada en colectivos, asociacións, entidades ou empresas. Xerando un ECOSISTEMA CULTURAL moi vivo, con moita diversidade de "especies", públicas, privadas e comunitarias que interactúan entre si para ofrecernos unha riqueza e dinamismo enormes. É reto da administración redistribuír os recursos públicos de forma xusta para que este ecosistema sensible se manteña e medre na medida que a cidadanía demanda. E é reto das persoas profesionais da cultura entender esta realidade e axustar a súa maneira de facer ao momento histórico no que nos atopamos. Pasar do eventismo aos procesos, do consumo cultural á implicación e dos públicos ás comunidades coas que hai que facer mediación As profesionais da Administración pública, porque temos ou debéramos ter obxectivos claros en canto ao retorno social do noso traballo, mais tamén as profesionais privadas da cultura acadarán máis éxito e sostibilidade para os seus proxectos -na miña opinión- canto máis se acheguen a esta realidade actual da que falan foros, congresos e centros de decisión como o Ministerio de Cultura, que nos encontros de cultura e cidadanía fala de novo de políticas culturais da participación e a colaboración, de pasar do eventismo aos procesos, do consumo cultural á implicación e dos públicos ás comunidades coas que hai que facer mediación. Esa palabra que renomea agora o que sempre fixo a animación sociocultural. Alberto García, no curso de Xestión Cultural da USC
NOS_1552
Pide que o auto se someta a Pleno para "corrixir unha resolución restritiva e regresiva antes de pedir a intervención do Tribunal europeo dos dereitos humanos".
A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) presentou esta segunda feira recurso de súplica contra o auto de 30 de abril de 2020 da Sala Primeira do Tribunal Constitucional (TC) polo que se inadmitiu a trámite o recurso de amparo interposto pola CUT contra a sentenza 135/2020 do TSXG que refrendou a prohibición da caravana do 1º de Maio en Vigo por parte da Subdelegación do Goberno de Pontevedra. A CUT considera que, "pola relevancia da controversia e a propia trascendencia pública que tivo a división dos maxistrados da Sala ("que resolveu en contra polo voto de calidade do Presidente"), cómpre un pronunciamento do Pleno do Constitucional antes de presentar recurso no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Para o sindicato, cando outros estados europeos autorizaron as manifestacións do 1 e maio -"chegando Portugal mesmo a protexer este dereito fundamental no seu decreto do estado de alarma"-, o que está en liza é "o propio estatus democrático do Estado español, xa que o auto recurrido valida unha suspensión total do dereito de reunión e manifestación mentres dure o estado de alarma". O recurso de súplica da CUT entre outras cuestións apunta que o TC perdeu de vista a "primordial protección do dereito de manifestación". A Central entende que o Constitucional ten así "a derradeira oportunidade de corrixir unha resolución restritiva e regresiva antes de pedir a intervención do TEDH por violación do artigo 11 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos que protexe o dereito de reunión".
QUEPASA_710
Este 12 de xullo de 2020 2.7 millóns de galeg@s escolleron a nova composición do Parlamento Galego nunhas novas Eleccións Autonómicas.
En Carballo, o PP chega case ao 50%. O BNG, que goberna a nivel municipal, é segunda forza, moi por diante do PSOE. Resultados das #ElecciónsGalegas2020: O PP gaña en 18 dos 19 concellos da Costa da Morte As promesas do 2020 As promesas do #12X (III): O BNG reparte promisións. As promesas do #12X (II): O PP confía na súa supremacía na Costa da Morte. 06-07-2020: As promesas electorais (I): Xustiza democrática. Outras accións da campaña 19-06-2020: O BNG tamén abriu a campaña dende unha granxa de Mazaricos. 17-06-2020: O PP abríu a campaña do #12X visitando á industria agroalimentaria da Laracha. 15-06-2020: Gonzalo Caballero abre a campaña costeira do #12X.
NOS_32558
O economista Xosé Antonio Pena Beiroa prosegue co ciclo de análises de Nós Diario.
Non foi no 2018 a primeira vez que secuestraron un libro galego, caso do Fariña de Nacho Carretero. Nin é o caso dun libro de economía. O escocés John Stuart Mill viu no 1848 o seu Principios de economía política engadido á lista dos prohibidos pola igrexa católica, quizais pola súa defensa da emancipación da muller, dos dereitos dos traballadores ou da abolición da escravitude. No noso país, en 1978 secuestraron un libro en galego e, principalmente, de temática económica. Galicia, realidade económica e conflito social é un conxunto de ensaios de vinte e nove autores coordinados por José Antonio Durán, con capa de Luís Seoane, que foi censurado e autosecuestrado polo propio editor, o Servizo de Estudos do Banco de Bilbao. Nunha década na que o entendido como censura nun banco limitábase só á da información financeira anual que permitía a verificación e o control externo da súa contabilidade por un "censor xurado de contas", non de textos, como neste asunto. O contexto económico no 1978 vén marcado pola dimisión do ministro Enrique Fuentes Quintana, e a inflación, o desemprego e a caída da produción industrial como protagonistas. Como dixo Pablo Martín-Aceña "a historia económica daqueles anos foi, en esencia, a historia dunha política económica que tentou enfrontarse ao empeoramento continuo das condicións da economía, cuxa secuela máis dolorosa era a rápida destrución de postos de traballo". No sector financeiro galego viñamos duns 60 anos nos que a banca española era marxinal e pasamos a ter o 60% da rede de sucursais só dez anos despois. Logrouno por dous camiños: como consecuencia das reformas na lexislación bancaria, que facilitaron a apertura de oficinas; e pola compra de entidades galegas, onde destacan os casos dos bancos de Vigo e Lugo, comprados polo Popular, e o do 'Banco de La Coruña', precisamente polo Banco de Bilbao. Secuestro Do libro autosecuestrado imprimíronse doce mil exemplares de 757 páxinas, dos cales 8.000 en castelán e 4.000 en galego, cun custe de doce millóns de pesetas. A intención era repartilo de balde entre institucións e clientes do banco en Galicia. Mais antes da súa difusión o banco, cedendo a presións alleas e ás internas da á máis conservadora do seu consello de administración procedeu ao seu secuestro, malia que pouco antes negociara e incumprira cos autores a posibilidade de reducir a distribución a 6.000 exemplares e de eliminar dos libros toda identificación do banco como editor. Para destruílos, queimáronos!, o que non se vía en Galicia desde que en agosto de 1936 a Falanxe fixérao na Coruña cos requisados nas bibliotecas de Casares Quiroga e do Seminario de Estudos Galegos. Non pode haber máis contradición do secuestro co que o editor insire na presentación do libro "o banco quere chamar a atención sobre o ton sereno e razoante das páxinas, sen que se foxa nunca de incidir sobre os aspectos máis críticos e cortantes da dinámica galega" e de que "deben ser os lectores quen, serenamente, xulguen sobre o acerto ou desacerto do resultado". Como tampouco co pedido polo Bilbao a Durán "un estudo anticonvencional e que supuxese unha innovación sobre obras deste tipo, de forma que fuxísemos de criterios economicistas". Daquela, que motivou a súa destrución? Segundo os censores, o estudo non concordaba coa imaxe que o banco tiña en Galicia e algúns dos seus capítulos non encaixaban no estilo das obras que o banco adoitaba editar. Tamén di Francisco Fernández Rei que o tratamento do fenómeno relixioso feito por W. A. Christian, Andrés Torres Queiruga e Xosé Chao Rego non foi do gusto dos sectores máis conservadores do consello. Realidade económica Dicía Durán que o seu obxectivo era sacar á superficie e dar normalidade a todos os aspectos da vida social galega nos últimos anos, que eran, dalgunha maneira, subterráneos ou clandestinos. Esta si que é a chave que o banco quixo calar. Non lles era acaído o tratamento reflectido do modelo de industrialización dos sesenta, con industrias de enclave non integradas na economía galega e ciclos produtivos desenvolvidos fóra de Galicia, polo que implican na época de maior industrialización unha pequena creación de postos de traballo industriais e a unha inmensa emigración. Como tampouco a análise do sector primario, do problema forestal, da agricultura ou da cuestión social do marisqueo. Non interesaba dalo a coñecer masivamente. Conflito social Era unha época conflitiva no político e no social. Os textos inclúen unha análise do comportamento electoral nas eleccións do 1977 e das loitas sociais en defensa de Baldaio; a rebelión contra a ocupación das terras por Lignitos de Meirama; ou grandes concentracións, como a dos sete mil manifestantes en Pontevedra contra a autoestrada ou as de Xove contra a nuclear. O Banco de Bilbao buscando a verdade, correu o risco de atopala, que dicía Vicent. Mais ocultala non é menos difícil que dicila.
PRAZA_15932
As instalacións agrarias pasan agora a incluírse no IBI. Cortes, invernadoiros e alboios que estaban exentos pagarán a contribución, medida que se une á revisión catastral que regulariza vivendas e aumenta valoracións. UUAA pide aos concellos a taxa mínima e bonificacións fiscais.
Un novo atranco para o agro e a súa economía. A revisión catastral que se desenvolve en Galicia provocará un importante impacto nos bens inmobles do rural. Granxas, galpóns, invernadoiros e naves pasarán a pagar agora a contribución, o Imposto de Bens Inmobles (IBI). Supón unha actualización derivada do plan de regularización extraordinaria -coa que entre 2013 e 2016 o Ministerio de Facenda pretende facer agromar instalacións agrarias ocultas- e das revisións dos catastros cos que os Concellos pretenden aumentar os seus ingresos e rematar tamén coa relaxación fiscal en moitos municipios. Instalacións agrarias até o de agora exentas pasan a pagar o IBI En definitiva, Facenda identifica e valora os bens que estaban sen regularizar ou non constaban para incluílas no Catastro e é logo o Concello quen decide sobre o imposto e os tipos. Foron Unións Agrarias (UUAA) e Ventonoso as organizacións que alertaron dunha problemática que pode danar aínda máis un rural golpeado pola crise do lácteo. Á regularización de moitas instalacións únese o cambio na valoración de moitas que a tiñan tan baixa que "na práctica non pagaban nada", como di Jacobo Feijóo, secretario de Desenvolvemento Rural do sindicato. Cortes, pendellos ou invernadoiros que estaban exentos terán que pagar agora a contribución e a actualización do Catastro revisará tamén as casas por se hai ampliacións ou novas construcións. O que paguen as instalacións agrarias depende agora de cada concello, xa que a norma permite unha taxa de entre 0,3% e o 0,9% do valor da propiedade. UUAA solicita que as administracións locais apliquen o mínimo ante a situación que atravesan moitas das explotacións lácteas e solicita tamén bonificacións por xubilación ou familia numerosa, posibilidades en municipios que non estean en situación de rescate a través do Estado. A taxa que aplique cada Concello pode ir do 0,3% do valor da propiedade ao 0,9%; UUAA pide a taxa mínima e bonificacións fiscais Como exemplo, a organización agraria advirte que unha explotación valorada en 100.000 euros podería pasar a pagar unha cota anual de IBI rústico de 900 euros de aplicárselle o tipo máximo, fronte aos 300 do mínimo. E as bonificacións poderían facer aínda máis asumible os pagamentos, que mesmo poden descender aos 30 euros. UUAA e Ventonoso piden aos concellos que teñan en conta a "grave crise económica do rural" e advirten de que este Catastrazo -así denominan estas actualizacións- inflúen incluso nas bolsas de estudo dos seus fillos. Ademais, as organizacións agrarias alertan de que o Catastro advertirá aos propietarios da actualización e mesmo dunha amnistía por non ter comunicado as teóricas ampliacións previo pagamento de 60 euros, un abono que moitas persoas consideran que xa salda o recibo, aínda que non é así. Ao tempo, tamén se poden reclamar os últimos catro anos de atrasos. UUAA cita un caso en Chantada, onde un propietario que pagaba 50 euros pasou a abonar 300. Esa diferenza de 250 euros, incluínda a reclamación dos catro anos anteriores, provocou que o primeiro recibo tras a revisión superase os 1.000 euros.
NOS_44009
O Consello Regulador Mexillón de Galicia e a Unión de Consumidores de Galicia asinaron un acordo de colaboración para dar resposta a un problema común: a fraude na etiquetaxe das conservas de mexillón. A Agencia Española de Seguridad Alimentaria constatou que 1 de cada 3 conservas deste molusco ofrece unha información sobre o produto que non se corresponde coa especie realmente envasada.
A falta de transparencia na información alimentaria de moitos productos transformados do mexillón preocupa a consumidores e profesionais do sector mexilloeiro. Os primeiros, porque ven menoscabados os seus dereitos, e o segundo, porque a mala praxe na etiquetaxe está comprometendo a viabilidade socioeconómica dun sector chave para Galiza, tanto en empregos directos como inducidos e no tecido social e económico de gran parte das comarcas costeiras do país. Unha prospección de mercado realizada polo Consello Regulador no ano 2014 en diversos puntos de venda, revelou que o 75% das conservas usaba irregularmente mencións á orixe galega do produto Ante esta situación, o presidente do Consello Regulador Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde García, e a presidenta de Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Ana Olveira Blanco, asinaron esta cuarta feira en Compostela un acordo de colaboración entre ambas entidades. O acordo ten por obxecto compartir sinerxías en torno a dous eixos: reclamar unha etiquetaxe clara e veraz, que garanta a protección dos dereitos tanto das persoas consumidoras como das persoas pertencentes ao tecido socioeconómico do Mexillón de Galicia; e divulgar entre a cidadanía os produtos galegos de calidade diferenciada, e máis concretamente a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. Estudo de mercado Unha das primeiras accións conxuntas que está prevista é a realización dun estudo de mercado da etiquetaxe das conservas de mexillón. Ademais, a UCGAL e o Consello Regulador tamén se comprometen a realizar campañas de sensibilización, a cooperar en actividades de formación e transferencia de coñecemento e a colaborar no asesoramento e intercambio de información. Spot de sensibilización Paralelamente á firma do convenio, Mexillón de Galicia vén de lanzar un spot de sensibilización para alertar os consumidores das etiquetas enganosas das conservas e para que saiban recoñecer a única marca que garante a orixe galega do mexillón, o selo da Denominación de Orixe Protexida. Baixo o título "Mexillón de Galicia, marisco de etiqueta", o vídeo resume en pouco máis dun minuto as infraccións máis comúns na etiquetaxe do mexillón. Unha delas é a utilización de reclamos comerciais do tipo "de las Rías gallegas" ou "sabor a Galicia" en produtos que non están certificados pola DOP, unha práctica que infrinxe a normativa europea, xa que ningunha destas mencións garante que o contido sexa verdadeiramente galego. Así, unha prospección de mercado realizada polo Consello Regulador no ano 2014 en diversos puntos de venda, revelou que o 75% das conservas usaba irregularmente mencións á orixe galega do produto. Ademais, estase a producir unha substitución de mexillón por outras especies de mitílidos, tal como demostra o estudo realizado pola Agencia Española de Consumo, Seguridad Alimentaria y Nutrición (AECOSAN), que constatou que unha de cada tres conservas de mexillón ofrece unha información sobre o produto que non se corresponde coa especie realmente envasada.
NOS_36385
O movemento de solidariedade convoca unha concentración esta terza feira (10 de novembro) ás portas dos xulgados de Fontiñas (Compostela).
Esta terza feira (10 de decembro) dará comezo o xuízo contra Aarom, Atanes e Mario, @s tres estudantes para as que Fiscalía pide tres anos de prisión para cada un (9 en total) por un escrache contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coicidindo coa súa participación nunha palestra na Facultade de Matemáticas da USC. Pola súa banda a acusación particular reclama 2 anos e medio para cada un (sete e medio en total). Aliás, solicítase unha multa de por volta duns 1.200 euros para cada un en concepto de indemnización. Aarom Curbeira: "Colléronnos como cabeza de turco Ás persoas encausadas impútanselles supostos delitos de "atentado á autoridade" ou "desordes". En conversa con Sermos Galiza, Aaron C., un dos tres estudantes que serán xulgad@s, aseguraba que o obxectivo do proceso xudicial iniciado é "meter medo". Defenden que a protesta contra o presidente da Xunta foi "totalmente pacífica" e denuncian que o atestado policial está "inzado de mentiras e incorreccións". Daquel incidente pasou xa un ano --tivo lugar o 23 de outubro de 2014, porén a vista oral comezará agora. O movemento de solidariedade arredor d@s imputad@s convoca unha concentración ás portas dos xulgados de Fontiñas (Compostela) ás 10 horas coincidindo co inicio da vista.
NOS_48148
A Consellaría de Medio Ambiente publicou onte a orde pola que, de forma provisional, declara a contorna da Torre de Hércules, na Coruña, como Espazo Natural de Interese Local, ENIL, unha figura de protección encadrada dentro da Lei de Conservación da Natureza e que designa, a proposta dos concellos, espazos naturais merecedores de medidas específicas de protección polo seu valor ambiental.
Trátase dun espazo de apenas 39,48 hectáreas que comprende a península na que se asenta o faro. Del, a Xunta salienta a súa "extraordinaria mostra de diversidade", con alusión específica ás pozas permanentes e estacionais dos rochedos litorais e nos campos, e ao rego da lagoa, "un dos escasos que se conservan no concello". Con esta declaración, que require para a súa concesión definitiva que o Concello elabore un plan de conservación para a zona antes de dous anos, A Coruña obtén o seu segundo ENIL, tras a declaración –tamén provisional– das illas de San Pedro en 2017. O ENIL da Tórre súmase así aos outros sete que existen na Galiza, como son, ademais do das illas de San Pedro, o de Xunqueira de Alba, en Pontevedra, Loio-Ruxidoira, en Paradela, Puzo do Lago, en Maside, A Voutureira, en San Cibrán das Viñas, o do río Gafos, ao sur da cidade de Pontevedra, e o ecosistema dunar praia América-Panxón, en Nigrán. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.
PRAZA_5014
Un grupo de pais e nais de Compostela reúnen cada pouco os seus fillos na busca dun espazo común para transmitir o galego e como "resistencia" ante a "marxinación" que sofre a lingua no país. A idea espallouse xa a Euskadi.
Organizarse e unirse para unha normalización cotiá que é cada vez máis complicada. Iso é o que pretende o proxecto Tribo, unha proposta xurdida froito da cooperación e dos encontros que a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) organiza todos os anos en Carballo e que se estende xa desde Compostela até o País Vasco. Foron varios pais e nais de Santiago os que recolleron a idea daquelas Xornadas sobre Dinamización Lingüística. E decidiron levala á práctica creando un grupo co obxectivo de reunir nun espazo común xente preocupada pola transmisión da lingua aos seus fillos. Son xa trinta usuarios que se xuntan no parque de Belvís para crear un ambiente en galego que transmia o idioma aos máis pequenos. É unha forma de "resistencia" ante a "marxinación" e "á marxe das administracións" que nada fan por protexer o galego, senón todo o contrario. Un grupo de pais de Compostela decidiron formar un grupo que manteña a transmisión do galego entre os seus fillos "Fartas de ver como os nosos nenos e nenas son as únicas do parque que falan en galego, nunha sorte de marxinación que fai que se extinga o idioma, e cansos de que nos espazos públicos a nosa voz non se escoite, non conte, un grupo de pais e nais de Compostela decidiu organizarse para mudar as cousas", explican a lingüistia Romina Bal e o sociolingüista vasco Txerra Rodríguez nun artigo que sairá publicado en varios medios de Euskadi. Nel, explícase que a iniciativa vai "desde abaixo cara a arriba" co propósito de "cambiar unha sociedade que permite que o maior dos seus tesouros non se herde, non floreza como debera". Partindo dunha idea de proposta normalizadora das xornadas organizadas pola CTNL, cresouse en Composltea no pasado verán un grupo de whatsapp baixo o nome de Tribo para "reunir nun espazo común xente preocupada pola transmisión da lingua aos seus fillos e fillas". "Alén de ideoloxías, maneiras de ver a maternidade e outras diferenzas, todos coincidimos na necesidade de que as nosas fillas e fillos fixeran equipa e brincasen en galego", explica Bal. Vencidas as reticencias iniciais e a desconfianza, acabouse formando un grupo de nenos cohesionado, de entre 0 e 13 anos, que se xuntaban nun principio no parque de Belvís cada pouco e que xa suma máis de trinta usuarios e numerosas actividades. Son xa máis de trinta usuarios en Santiago, con nenos de entre 0 e 13 anos que realizan numerosas actividades xuntos e en galego Non quedan todos os días, só cando poden, pero as novas tecnoloxías permiten que os pais poidan coincidir en calquera momento e axiña. Así, durante os últimos meses o grupo Tribo realizou unha morea de actividades. Acoden a concertos, van unha vez o mes a escoitar un contacontos na Gentalha do Pichel, a exposicións, ao monte, de tapas polos bares, museos, festas... "Levamos mal os meses de choiva, pero ameazamos con ter unha primavera movida en canto pare de chover. Entre os nenos e as nenas conformouse un grupo sólido de amizade, de identidade, de prestixio e de reforzo da lingua", recorda así Bal sobre un grupo que xa migrou ao Galegram. "Entre os nenos e as nenas conformouse un grupo sólido de amizade, de identidade, de prestixio e de reforzo da lingua" E por que non internacionalizar a iniciativa e levala a outras linguas, a outros espazos? Por que non encher outras cidades? Segundo a sociolingüista navarra Paula Kasares, "teñen máis importancia á hora de determinar pautas lingüísticas e á hora de adquirir coñecementos as interaccións coa xente da mesma idade ca os pais e as nais. "Ela pon como exemplo os e as fillas de emigrantes que viven en Euskal Herria: as fillas dos galegos que viven alá falan castelán igual que a xente de alá, cos mesmos trazos dialectais que a xente de alá. É dicir, ten máis importancia a socialización que a transmisión", explícase no artigo. Así, partindo desa hipótese, e tendo como referencia a experiencia de Compostela, uns pais e nais de Bilbo tamén crearon o seu grupo de whatsapp para ficar nas tardes e ir facer actividades xuntos: ir ao parque, saídas de fin de semana, actividades culturais …. Nestes momentos reúnense 19 nenas e nenos, algúns todos os dias e outros case todos. "Non queren nestes momentos facer o grupo máis grande. Eles e elas cren que á mellor que os pais e nais se organicen e creen o seu grupo, no seu barrio", destacan. A iniciativa xurdida en Galicia chegou xa a Bilbao, onde un grupo de familias euskaldunas tamén se reúnen cada pouco cos seus fillos "O que máis valoramos é a cohesión que se creou entre nenos e nenas. Despois de seis meses, case son cuadrilla. Os pais e as nais tamén creamos a nosa pequena cuadrilla. Animamos os pais e nais de nenos euskaldúns nas zonas non moi vascófonas para que se xunten e creen grupos como este. É moi doado e dá moitos froitos", di Uxue, unha das nais que forma parte da iniciativa. "Pequenas propostas como esta, deixan ben claro que dar pasos cara á normalización lingüística está nas mans de todas e todos. Sen esperar a que fagan as demais", remata a reflexión sobre unha iniciativa popular e desde abaixo en loita por normalizar un idioma cada vez máis prexudicado.
PRAZA_11094
Malia as demandas políticas e sindicais, Endesa, Xunta e expertos advirten da inviabilidade deste combustible para a central térmica, cunha potencia que requiriría uns 15 millóns de toneladas ao ano de restos forestais
Semella que haberá que buscar outras alternativas para aminorar o impacto que suporá o futuro peche da central térmica de carbón das Pontes. Malia que a creación dunha gran planta de biomasa pairou sempre no escenario como unha alternativa e reivindicación política e sindical, nin Endesa nin a Xunta, nin os expertos ven posibilidades nesa opción, cando menos para cubrir toda a produción e negocio xerado pola instalación pontesa. González Formoso, alcalde das Pontes, insiste na creación dunha "planta importante de biomasa" nas Pontes, unha alternativa que nin Endesa nin a Xunta ven viable"Non é viable manter As Pontes con biomasa forestal", advirte a Xunta. Pero neste mesmo mércores, o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, aseguraba que "o lóxico" era que en Galicia se situase "unha planta importante de biomasa", tendo en conta o obxectivo do Estado "de 1.000 megavatios de enerxía biomásica para 2030" e o feito de que o país sexa a maior rexión europea en produción forestal. Dicíao o tamén presidente da Deputación da Coruña antes de entrar na reunión que mantivo, xunto a representantes de Endesa, dos traballadores e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, en Madrid. Á saída, amosaba a súa "preocupación" ao "non haber resolución" pola que "estar tranquilos" nun escenario "francamente difícil" que mantén a comarca "co corazón nun puño". Segundo advirten da xuntanza, Endesa tería manifestado, ante as propostas dos sindicatos de substituír o carbón por biomasa e outros residuos sen necesidade de grande investimento, que esa opción non é viable. "É imposible", di Roque Rodríguez Soalleiro, catedrático de Silvicultura pola USC e profesor da Escola de Enxeñaría de Montes en Lugo. A biomasa, tal e como explica, ten boas opcións de aplicación no ámbito térmico, "onde se está a introducir progresivamente e con bos rendementos". No entanto, os ciclos de vapor a partir da biomasa para xerar enerxía eléctrica teñen un rendemento moi baixo, sobre o 30%. Isto supón que por cada megavatio de potencia eléctrica instalada farían falta 10.000 toneladas de biomasa. Xa que logo, a planta de biomasa de 50 megavatios que se está a construír en Teixeiro requirirá un consumo de medio millón de toneladas anuais. Tendo en conta que a potencia da central térmica das Pontes é de case 1.500 megavatios, o consumo requirido elevaríase a case uns 15 millóns de toneladas por ano. Sería practicamente o dobre en biomasa da produción en madeira de Galicia. "Folga dicir que non sería unha fórmula sostible", di Rodríguez Soalleiro, que advirte de que a alternativa, "importar biomasa de fóra da UE, suporía cambios de usos de solo e deforestación", ademais dunha enorme "presión" en moitas zonas. Por cada MW de potencia instalada requiriríanse 10.000 toneladas de biomasa; nas Pontes precisaríanse 15 millóns de toneladas ao anoNin que falar dos perigos quie outros expertos advirten da eucaliptización, xa masiva nas comarcas de Eume, pero tamén nas de Ferrolterra ou o Ortegal –limítrofes coas que acolle a central térmica das Pontes-- así como en toda A Mariña. Tamén da presión sobre a biodiversidade dunha zona, o norte de Galicia, onde o negocio da madeira é xa moi importante. Os cálculos de Promagal (Produtores de Madeira de Galicia) falan dunha media de 4.000 hectáreas por municipio e 30 millóns de toneladas de madeira "listas ou case listas para cortar". Son, aquí, moitas as alternativas que poden ollar cara ao monte e as súas posibilidades, tamén coa biomasa, pero non parece que destinadas a suplir o negocio xerado polo carbón. "A penetración da biomasa para fins eléctricos pode estar no ámbito da coxeración termoeléctrica a pequenas potencias, para autoconsumo, sendo admisible ter algunha panta que chegue a 50 MW, como a de Teixeiro, que sirva como starter dun maior emprego da biomasa", di Rodríguez Solleiro.Desde a plataforma Galiza, un futuro sen carbón opóñense "á reconversión da central de carbón nunha macroincineradora de residuos orgánicos e/ou de biomasa forestal". "Non sería en absoluto unha alternativa sustentábel, pois xeraría máis crise climática e contaminación atmosférica e favorecería aínda máis a eucaliptización e a perda de biodiversidade", din. No que ten que ver coa emisión de gases de efecto invernadoiro por parte da combustión da biomasa, Rodríguez Soalleiro advirte que, "aínda que non sexa totalmente neutra", si que o sería en gran medida porque estas instalacións "emiten un dióxido de carbono que se fixou hai pouco tempo, e non o dos combustibles fósiles, fixado durante millóns de anos". Respecto da emisión doutros gases contaminantes, si que asegura que os avances en filtros e redución de polución foron moitos nos últimos anos. Endesa, mentres, continuará cos traballos de adaptación na fábrica de dous dos catro grupos, o que permite ter esperanza para "gañar tempo" e probar nas vindeiras semanas se hai en serio alternativas "para substituír ou hibridar o carbón con biorresiduos", como di García Formoso. Con todo, a aposta máis viable da compañía, se é que se produce, parece ser a eólica, cun investimento importante destinado a cubrir os megavatios de potencia que agora desaparecerán cando se deixe de queimar o carbón na central. Endesa proba alternativas para substituír o carbón mentres parece apostar xa por un importante investimento en eólica nas PontesMentres, á saída da reunión en Madrid, o conselleiro de Economía lamentou que desde o Estado non haxa previstas "medidas concretas" e volveu propoñer que se elimine o céntimo verde, imposto que grava a produción enerxética co carbón. O Ministerio, pola súa banda, trasladou a súa intención de convocar unha próxima reunión no prazo máximo dun mes e de buscar unha solución "a curto prazo", ao que Conde respondeu asegurando que "non hai tempo" e que se precisa unha reacción "inmediata" con medidas "por parte de todos e que se implementen de forma inmediata".
NOS_33486
O Diario oficial de Galiza publicou xa a licenza de investigación outorgada pola consellaría de Industria a unha empresa de capital canadense. Afectaría os concellos de A Fonsagrada, Baralla, Baleira e Becerreá
A Xunta de Galiza outorgou xa licenza de investigación a outra mineira de capital canadense, Goldquest, para un proxecto que procura arrincar metais preciosos nun territorio que fai parte de dúas reservas da biosfera (Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño) e que está repartido entre os concellos de A Fonsagrada, Baralla, Baleira e Becerreá. No concreto, a empresa busca ouro, prata, chumbo, cobre e cinc. Da información deu conta a Sociedade galega de historia natural (SGHN), após ver publicada no Diario oficial de Galiza (DOG) a resolución da licenza, malia que a empresa sostén que aínda non fixeron investigacións e que o proxecto se atopa aínda en fase de exposición pública. No anuncio que aparece no boletín da Xunta faise referencia a 68 cuadrículas mineiras, afectando xa as dúas reservas da biosfera antes nomeadas e un lugar de interese comunicario (LIC) na Serra de Foncuberta. Porén, fontes veciñais apuntan a que serán por volta de 400 as cuadrículas mineiras afectadas. Perante o panorama, a SGHN solicitou xa ao Comité español das reservas da biosfera "unha avaliación científica urxente e obxectiva sobre o impacto deste permiso de investigación e a posíbel explotación mineira futura" e que os informes elaborados sexan remitidos á Unesco.
NOS_32060
O 4 de decembro perto de 31.000 docentes poderán votar nas eleccións sindicais no ensino en Galiza para elixir 142 delegados e delegadas. Publicamos unha serie de pequenas entrevistas con representantes de diversas centrais que se presentan a estes comicios. Nesta é con José Fuertes, de CCOO.
- Cal é o voso programa? - O programa non é o importante das eleccións sindicais, porque non somos un partido político por tanto o programa son exclusivamente as nosas reivindicacións, que son reivindicacións que temos que reclamar ante á administración e a patronal. Eu coido que non hai diferenzas nas reivindicacións entre un sindicato e outro, porque máis ou menos queremos as mesmas cousas: melloras retributivas, sobre todo nun colectivo que estivo sometido a unha situación de estrangulamento salarial moi importante. Neste momento temos unha perda de poder adquisitivo dende o ano 2010 ata hoxe dun 15% e polo tanto calquera tipo de recuperación sempre será insuficiente, aínda que nós entendemos que hai que empezar a recuperar. Por iso digo que o que nos diferencia realmente é o que facemos para conseguir o que estamos plantexando. Nese sentido CCOO pretende continuar sendo unha organización sindical con mobilización, con instrumento para a apertura dunhas negociacións e acabar chegando a acordos onde se concrete aquelas melloras das condicións laborais do profesorado. - Xa que falas das retribucións, cales son as vosas medidas? - Cremos que hai que seguir recuperando. Os acordos que asinamos non son aínda suficientes para poder recuperar o que perdemos e polo tanto hai que seguir avanzando. Son un inicio, un inicio importante e positivo, pero hai que seguir avanzando en cuestións coma o pagamento completo das extras ou a cláusula de revisión salarial. Ademais, está o tema das baixas, é dicir, que non penalicen por estar de baixa. Cuestión que xa conseguimos, a partir do ano que vén, no acordo que asinamos co Estado que permite dalgunha maneira negociar na Galiza melloras retributivas e así o trasladamos á Consellería de Educación e á Xunta de Galicia. Tamén neste sentido, no tema de licencias, permisos e excedencias temos dúas demandas fundamentais. A primeira, vinculada á conciliación da vida familiar e laboral, tanto para nais coma para pais. Nós entendemos que temos que avanzar no mesmo sentido no que xa avanzaron outros países europeos. Ademais, os permisos paternais non poderán ser nunca asumidos pola nai, senón que o pai tamén debe desempeñar a función que lle corresponde como tal. A segunda sería a recuperación dos permisos ou das licencias para a formación, ben sexa licenciatura, grao ou algo que supoña unha titulación distinta. - E non tedes ningunha diferenza nas medidas que plantexados con outros sindicatos? - Con respecto ao ingreso na función pública, nós queremos que se elimine a taxa de reposición con amplas ofertas de emprego público. O que outros definen coma un ERE encuberto, para nós é a única forma que temos de reducir a temporalidade e a única forma que ten o profesorado interino substituto de conseguir a estabilidade. Hai propostas por aí adiante absolutamente falaces , que plantexan que se pode acceder á función pública por concurso de méritos. A nós nos parece indignante que unha organización sindical poda enganar así ao colectivo máis precario que temos na educación. Están vendendo cousas que son ilegais e inalcanzables. Nós abogamos por un cambio do sistema de acceso, no que se valore o suficiente o tempo traballado para a propia administración, e dende logo queremos manter o acordo de acceso á lista de interinidades e substitucións de Galiza, que asina CCOO e algunha outra entidade sindical. Non obstante, advertimos que si o colectivo pretende outra cousa, nós non temos ningún problema en retirar a sinatura do acordo. Fai un ano e medio fixemos unha enquisa e dixéronnos que non a retiráramos, pero ante unha nova situación se volve a ser atacado o acordo, volveremos a facer unha enquisa e se non hai o suficiente apoio retiraríamos a sinatura sen ningún problema. Ademais, demandamos para o persoal subsituto que estea traballando cinco meses e medio ou máis o pagamento das vacacións completas de verán, tal e como se está facendo en outras comunidades do Estado. -Tendes algunha medida sobre a atención á diversidade? - Temos un catálogo de propostas moi extenso, pero así a grandes rasgos, o que se está plantexando é o incremento de medios e de recursos humanos para esta atención. Este incremento debería darse tanto no que son as especialidades de pedagoxía terapéutica e atención a linguaxe como no que é a incorporación de novos profesionais no eido do ensino. Hai mediadores sociais que algunha outra comunidade autónoma xa incorporou aos seus centros de secundaria, técnicos de servizo á comunidade, técnicos específicos educativos… Aquí tamén entraría a redución dos rateos. Nós entendemos que é moi importante avanzar nunha redución dos mesmos e temos dúas propostas. Unha delas, de carácter máis inmediato e outra a longo prazo. Con respecto ao curto prazo, sería contar doble aos repetidores e inclusive a aqueles alumnos con necesidades educativas específicas de apoio. A outra medida, a longo prazo, sería a redución global dos rateos en todas as etapas: en infantil, 15 alumnos; en primaria e secundaria obrigatoria, 20 alumnos e en bacharelato, como máximo, 25 alumnos. - E sobre a situación do galego? - Dende logo, outro tema que nos preocupa bastante é a situación do galego no ensino. Entendemos que o galego, lonxe de normalizarse, cada día está máis desnormalizado e cada día se fala menos no ensino. Cremos que hai que derrogar o decreto de plurilingüísmo de forma inmediata e volver a unha situación de consenso. Xa é lamentavle, indicativo, que botemos de menos a Lei de Normalización Lingüística que aprobou o goberno de Fraga. - Falamos só de primaria e secundaria, pero que ocorre no resto das titulacións? - En canto á formación profesional, temos que dicir que hai que negociar un plan de implantación de FP para a dual que se adapte á realidade galega. Non nos poden dar traslado de plans e medidas que fan noutros países cunha industria e cun tecido produtivo completamente distinto do galego, porque non da resultado. Non estamos en contra da FP dual, pero si da FP dual tal e como está deseñada neste momento. Non poden ser as empresas quenes elixan ao alumnado para facer a FP dual, ten que ser a propia admnistración educativa. Nos centros integrados de FP faltan moítisimas reformas: dende as condicións laborais específicas, porque hai unha desregulación importante que afecta a este colectivo do profesorado, con horarios máis altos inclusive que nos institutos. Logo estaría o tema das ensinanzas especiais, onde hai unha falta de planificación importante por parte da Consellería. Introdúcense novas ensinanzas e novos modelos sen planificalos previamente e, inclusive, sen ter regulada neste momento a propia avaliación da modificación da norma que fixeron. É dicir, están dando clase sen saber todavía como vai ser a avaliación. No caso de ensinanzas artísticas superiores, nós abogamos dende o seu inicio por unha inclusión das ensinanzas superiores no eido universitario. Non se pode estruturar, organizar e traballar nun centro de ensinaza superiores co mesmo regulamento que teñen as ensinanzas de secundaria. Son completamente distintas e para lograr que o alumnado teña un grao nas mesmas condicións non hai outra solución que adscribilas á universidade. Ou integralas ou adscribilas, nos valen as dúas e nesa loita estamos. Evidentemente, non en Galiza, porque o goberno galego non ten intención e xa o manifestou senón para que o Goberno do Estado faga unha regulación.
NOS_6466
Apuntan a que a empresa só inviste tres euros ao día por interna en alimentación, e que unha única nutricionista, asentada en Barcelona, encárgase dos menús de todas as súas residencias.
As persoas residentes na residencia DomusVi de San Lázaro están recibindo unha "mala alimentación" por parte da empresa. Así o expresa para Nós Diario Javier Quián, voceiro da plataforma de familiares de residentes. Quián, que conta cunha tía interna no centro, explica como DomusVi só conta cunha nutricionista, e non por centro, senón para todas as ducias deles que ten a empresa repartidas por todo o territorio do Estado español. "A miña tía engordou até dez quilos desde que entrou alí, e todas as súas enfermidades empeoraron por ese motivo, pasándolle factura a mala alimentación que lle ofrecían", revela, engadindo que a problemática non é exclusiva de DomusVi San Lázaro, senón que tamén se repite nos centros de Aldán e Barreiro. O principal problema con respecto da alimentación é a "baixa calidade". "A carne é moi mala, sen nutrientes, dan cousas como salchichas... o peixe tamén é do peor, e ademais non ofrecen menús variados nin equilibrados, programando cousas como sopa de cocido de primeiro e cocido de segundo, ou ofrecendo sempre froita ou iogur de sobremesa –comenta Javier Quián-, claro, logo explícaste como é posíbel que alimenten a unha persoa por só tres euros ao día". A conclusión, para o voceiro da plataforma de familiares de residentes é que en DomusVi "venden fume, e non é que o diga eu, pois tamén o detectaron moitos familiares. É unha mágoa o que pasa nun centro no que impos por 38 mortos e no cal seguimos sen explicarnos porque a Xunta de Galiza continúa sen intervir".
NOS_16510
O centro vigués Hogar ameaza con sancionar a quen non acuda ás aulas, segundo informa VIGOdixital.
A dirección do centro educativo Hogar (Vigo) baralla a posibilidade de sancionar o alumnado que non asista a clase os días 21, 22 e 23, datas da folga convocada no ensino plo Sindicato de Estudantes. Afírmao VIGOdixital, que di que a denuncia provén do estudantado. "Un numeroso grupo de alumnos e alumnas fixeron entrega dun escrito á dirección do centro reclamando o seu dereito a non asistir ás aulas durante a folga", indica este medio. Como sinala VIGOdixital, de se confirmar esta denuncia o Colexio Hogar "estaría a conculcar os dereitos do estudantado, recollidos na normativa vixente, lembrando que "a lexislación recolle expresamente que a idade para exercer o dereito a folga polo estudantado é a partir de 3º da ESO, sendo preciso unicamente autorización do pai, nai ou responsábel legal para os cursos inferiores". O centro, do que é titular Afundación (obra social de Abanca), está subvencionado pola Xunta, o que permite rebaixar os custes da súa matrícula de parte do seu alumnado a 15 euros mensuais.
PRAZA_18932
O proxecto afectaría aos ríos Eifonso e Barxa e á conca do Lagares, destruíndo bosques de ribeira e leiras e afectando á calidade de vida da veciñanza das parroquias de Beade, Bembrive, Castrelos e Sárdoma, que este domingo leva a súa protesta ata a Rúa Príncipe
O proxecto está a provocar unha mobilización crecente entre a veciñanza do rural, principalmente Beade, pero tamén Bembrive, Castrelos e SárdomaO proxecto de construcción dunha estrada de alta capacidade, prevista no novo PXOM de Vigo, entre a A55 e a Avenida Clara Campoamor, está a provocar unha mobilización crecente entre a veciñanza de varias parroquias da zona rural da cidade olívica, principalmente Beade, pero tamén Bembrive, Castrelos e Sárdoma. A Plataforma de Afectados polo Vial de Beade (AVIBE), á que se uniron entidades ecoloxistas, como Ecoloxistas en Acción, denuncian que esta vía "tería un forte impacto" sobre o medio natural de Beade, coa construción de viadutos e túneles, que afectarían principalmente aos ríos Eifonso e Barxa e á conca do Lagares. Ademais do dano medioambiental, coa destrución de leiras e bosques de ribeira e o incremento da contaminación acústica e do aire, a estrada "fendería a parroquia, partindo familias en dous", sinala a plataforma. "Vigo ten no seu medio rural un auténtico pulmón verde que cómpre preservar", engade Ecoloxistas en Acción.Denuncian que esta vía "tería un forte impacto" sobre o medio natural de Beade, coa construción de viadutos e túneles, que afectarían principalmente aos ríos Eifonso e Barxa e á conca do LagaresA veciñanza destas parroquias levou a cabo nas últimas semanas varias concentracións, manifestacións e andainas para denunciar a situación e informar sobre o proxecto en marcha. As mobilizacións continuarán nos vindeiros días, cunha nova concentración convocada para este domingo 9, neste caso no centro da cidade (Rúa Príncipe), onde a veciñanza das parroquias de Beade, Bembrive, Castrelos e Sárdoma entregará información á cidadanía que pase por alí e recollerá sinaturas para presentar máis de 200 alegacións contra o proxecto.Este domingo 9 a veciñanza das parroquias de Beade, Bembrive, Castrelos e Sárdoma entregará información na Rúa Príncipe e recollerá sinaturas para presentar máis de 200 alegacións contra o proxectoA plataforma veciñal denuncia "falta de diálogo e información" por parte do Concello, sinalando que a ausencia de "transparencia e comunicación" levou a que se producisen "situacións como a de tres familias que en xaneiro e febreiro de 2021 recibiron licenza para a construción das súas vivendas unifamilares e que agora estando en fase de construción souberon que serán expropiadas". Critican, así mesmo, que este vial implica a recualificación de terreos que pasarán de ser urbanos a ser rústicos "coa consecuente perda de valor económico"."Unha obra destas características afectaría á calidade de vida da veciñanza, que ten dereito a desfrutar de entornos tranquilos, saudables e agradables"Ecoloxistas en Acción e grupos políticos como Marea de Vigo denuncian que o obxectivo desta vía de alta capacidade é unicamente mellorar as conexións en automóbil coa planta de PSA, sen pensar no custo medioambiental e para a veciñanza destas parroquias. O grupo ambientalista sinala que "unha obra destas características afectaría á calidade de vida da veciñanza, que ten dereito a desfrutar de entornos tranquilos, saudables e agradables".A obra configúrase como "unha circunvalación intermedia de este a oeste"Marea de Vigo considera que "de novo, como aconteceu coa Rolda de Vigo, un proxecto do Plan Xeral de Ordenación Urbanística improvisa e simplemente traza sobre un papel un proxecto de vial de fondo impacto ambiental, que afectará a ducias de familias e que se configura, tal e como recolle o PXOM, como unha circunvalación intermedia de este a oeste". A formación política está a traballar do deseño de alternativas de mobilidade "que solventen dun xeito razoable e sostible o necesario aliviamento do tráfico na Avenida Antonio Palacios e o eixo Alcalde Portanet - Avenida Citroën".
PRAZA_11908
ADEGA, SGHN, Amigos da Terra, Verdegaia e os 18 colectivos que compoñen a Federación Ecoloxista Galega constituíron este luns a entidade en Ourense, e presentaron un manifesto que aposta por unha nova política de xestión de residuos que prime a reciclaxe e a redución.
O obxectivo da Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe, que se contituíu este luns en Ourense é unir os esforzos de todos os colectivos, organizacións, plataformas e persoas que rexeitamos a incineración como sistema para o tratamento dos residuos e defendemos as alternativas baseadas na redución, a reciclaxe e a compostaxe. Inicialmente promovida polas principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia) a Plataforma está aberta a todos os colectivos sociais, dende partidos politicos e sindicatos a organizacións sectoriais, profesionais e por suposto ás plataformas locais que asinen o Manifesto fundacional. O manifesto, que parte do convencemento de que o modelo de xestión exemplificado pola planta incineradora de Sogama é un fracaso, aposta por cambio de orientación nas políticas de xestión dos residuos e a potenciación "das tres erres: Redución, Reutilización e Reciclaxe". O manfesto rexeita a incineración porque considera que é contraria á lexislación europea, estatal e galega, é perigosa para a saúde, é insustentable ambientalmente, ineficiente e caro, e xera poucos postos de traballo en comparación con outros sistemas. En cambio, apóstase por fomentar a participación activa da cidadanía, priorizar a redución en orixe e a reutilización, potenciar novos modelos de recollida selectiva, converter a compostaxe no motor principal da redución, desevolver industrias da reciclaxe para a fracción non compostable, especialmente o vidro, metais e papel-cartón, establecer un sistema descentralizado de xestión O manifesto está asinado por ADEGA, Amigos da Terra, Feferación Ecoloxista Galega (formada polos grupos ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suído, CES, Coto do Frade, GN Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verboxido, e Xevale), Sociedade Galega de historia Natural e Verdegaia. Le aquí o manifesto completo da Plataforma Galega contra a Incineración
NOS_11604
Cidadáns de Compostela reuníronse hoxe diante da Biblioteca de Caja Madrid para protestar polo seu peche. Realizaron unha lectura de textos propios e alleos cun marcado carácter reivindicativo.
Compostela reaccionou diante da noticia do peche do único centro sociocultural en Galiza de Caja Madrid, hoxe Bankia. Unha convocatoria cívica reuniu a cidadáns molestos polo que será outro ataque máis do sector financeiro ao mundo da cultura. Entre as persoas participantes algunahs caras coñecidas como a do escritor Suso de Toro quen dixo que "Un dos primeiros pasos para darlle oportunidades ás persoas é a escola pública e a porta aberta das bibliotecas. As bibliotecas gardan todo o necesario para sermos cidadáns libres". Na súa lectura afirmou que sabemso que é "certo que cambiou e está a cambiar o mundo, hoxe a información corre por moitos lugares mais as bibliotecas non só o lugar onde procurar o disfrute de cultura que alimente a nosa vida persoal, senón tamén nun lugar de encontro, un centro de vida cívico. Unha biblioteca que se cerra é un ben público que se lle quita a cidadanía. Estamos a perder cousas de máis, estannos a quitar cousas de máis". Rematou cunha petición precisa para a sociedade compostelá: "a esta mesma cidade que é unha cidade franca coas portas abertas estanlle a quitar liberdade e cultura sen medo. Sen medo digamos que queremos portas abertas e bibliotecas abertas".
NOS_42089
O 28 de xuño de 1922 saía do prelo 'Máis alá', o manifesto de Manoel Antonio e Álvaro Cebreiro que puxo a Galiza a navegar polas marés da vangarda
O 28 de xuño de 1922 saía do prelo 'Máis Alá', un feixe de páxinas que Manoel Antonio escribiu como se lle fose a vida nelo. Nesta manifesto, que de tan mitificado pola crítica e o mundo literario galego corre o risco de ser desprovisto da profunda carga rebelde que tiña (e ten), foi unha declaración de principios tan rotunda como afouta e descarada nun momento en que a casa da escrita en galego aínda estaba a erguer os alicerces. E contra algún deses alicerces cargou este rianxeiro, nun acto que xerou polémica e malestar nalgúns ambientes galeguistas da época. Quizás sen sabelo (que non sen querelo), Manoel Antonio fixo un manifesto radicalmente independentista. E non polas cargas de profundidade contra os e ás galegas que escribían en español ou pola referencia á República Galega. Senón porque tivo a valentía de cargar contra os 'santóns' que escribían no idioma do país, os seus propios irmáns e irmás na terminoloxía da época. Alguén dixo que aquelo foi un manifesto libertario e anarquista. Quizás si, coma no fondo, todos os das vangardas europeas aínda que fosen de correntes ideolóxicas totalmente contrarias. Mais este manifesto contiña un compromiso non só radicalmente contestatario e individual (herdeiro do 'Ego sum' do seu poema) senón tamén co seu País. Unha Galiza que non quería ver presa nos elos de cadeas de 'paisaxismos', 'ruralismos' e 'tradicionalismos' á que a constrixía parte da literatura galega feita até entón. Hai agora 90 anos que o manifesto 'Mais Alá' veu a luz. "Con este texto, o poeta rianxeiro accedeu á existencia literaria e creou unhas condicións propicias para a súa visibilidade intelectual. Unha visibilidade que se fundamenta nun compromiso co seu pobo, coa súa Terra e coa súa lingua e nun reto estético que o obriga a ir máis alá dos espazos habitados, a conquistar novos horizontes", explican desde a Real Academia Galega, institución da que forma parte a persoa que mellor coñece obra e vida do rianxeiro, o tamén rianxeiro (e tamén da parroquia de Asados) Xosé Luis Axeitos. Pintadas nos baños Para os cativos que pululabamos por Rianxo a principios dos 80 ('porvisos' en pantalóns curtos, gheada e seseo, a xogar aos calexóns no Campo de Arriba e andar ás luras no porto nas noites de verán, e que tiñamos a crenza en que alén Fincheira e Rinlo non había nada digno de coñecer) Manoel Antonio era un absoluto descoñecido. Non porque non nolo ensinaran na escola, senón porque de oir falar del nas aulas non nos imaxinabamos que era un dos nosos, descoñecíamos, pois, totalmente o que verdadeiramente era. Por iso foi tan importante aquela pintada no baño da taberna da Chucha que descubrimos con apenas 15 anos e que non soubemos interpretar ata moitos anos despois: "Amamos a Ulrike Meinhoff e o 'Máis Alá". The Stranglers, en plena vaga do punk británico, cantaban aquelo de 'No more heroes', Básicamente, o que Manoel Antonio reivindicou, en nome de liberdade creativa e da súa radical aposta como galego, décadas antes no 'Máis Alá'.
NOS_29978
O centrocampista catalán do CD Lugo amósase positivo coa traxectoria do equipo esta tempada. O conxunto de Hernán Pérez viaxará este sábado a Huesca.
O CD Lugo tenta repoñerse do mal resultado da pasada fin de semana e analiza a situación con optimismo. O centrocampista Marc Carbó compareceu onte na sala de prensa do Ángel Carro coa vista posta no seguinte partido que teñen por diante os homes de Hernán Pérez. Sebas Moyano, do CD Lugo, cre que a dinámica do equipo "é positiva" "Temos que traballar o feito de deixar a porta a cero, xa que somos un equipo que conseguimos xerar e marcar", sinalou o centrocampista catalán nun momento da súa intervención. O xogador recoñeceu que no seu equipo "non podemos descoidarnos nin un segundo, esta categoría exíxeche todo". Por ese motivo, e nunha situación como a que vive particularmente o xogador neste momento no vestiario do Lugo, indicou que "o míster pídeme tranquilidade, que mostre a miña mellor versión e que xogue con confianza". Porén, non quixo criticar a situación do equipo na clasificación, agora mesmo perto da zona de descenso. "Son detalles os que nos penalizan. Creo que a tempada é boa, está a traballarse ben, pero necesitamos coidar algúns detalles concretos", asegurou. Agardando ser "exixentes" diante o Huesca Após lembrar como "un momento esperado, moi traballado" a súa primeira participación no campo e que traballa "día a día para mellorar, dar un paso adiante e demostrar o meu valor" centrou as súas declaracións no seguinte partido contra o Huesca. O CD Lugo buscará ser forte na casa diante do Real Oviedo "Agardamos un partido exixente, somos conscientes do seu potencial, pero ao idea é buscar os tres puntos" nunha categoría que cualificou como de "moi bonita, que che require do máximo para puntuar". O encontro contra o Huesca terá lugar este sábado ás 18.30 horas no campo do Alcoraz nunha viaxe que os de Lugo procurarán aproveitar para afastarse dos postos de descenso.
NOS_44010
A coordinadora provisional incorporaría tamén a membros da dirección do partido morado
A coordinadora de En Marea aprobou unha ampliación de 24 horas do prazo para presentar as candidaturas ás súas primarias (prolongaríase ata esta cuarta feira, 10 de agosto, ás 23.59h) para, afirman, facilitar a integración de Podemos Galiza, "que tamén podería incorporar membros nesta coordinadora provisional, en pé de igualdade no proceso de unidade popular que xa está en marcha". A proposta propúxose nunha nova xuntanza mantida entre unha representación da coordenadora de En Marea e da dirección de Podemos Galiza. Desde En Marea apóntase que o procedemento mantería como requerimento principal para todas as persoas participantes ter asinado o manifesto dos alcaldes e cumprir o regulamento da Marea Constituínte aprobado colectivamente para o proceso de primarias: ademais de cumprir as condicións fixadas pola lei electoral, para presentar candidaturas haberá que ter asinado o manifesto dos alcaldes antes do 13 de agosto, asumir o Código Ético da Marea Constituínte e reunir 15 avais de tres concellos diferentes. No caso de optar á candidatura para a Presidencia da Xunta será necesario, a maiores, reunir o aval de 100 persoas, cun mínimo de 20 por provincia.
NOS_53595
Feijóo comprometeunos para o primeiro trimestre de 2013 dando sempre por feito que virían para a Galiza, mais a petroleira deixa claro nun comunicado que os estaleiros galegos compiten con outros nunha licitación pública internacional.
A petroleira Pemex non adxudicará até o mes de novembro a construción dos floteis que nun primeiro momento fora fixada para o 18 de setembro e que Feijóo comprometera para o primeiro trimestre de 2013. Segundo o presidente da Xunta, a operación negociada coa empresa mexicana carrexaría 300 millóns de euros para construír dous buques-hotel, dando emprego a 3.000 persoas durante dous anos. Os estaleiros de Navantia e Barreras, que concorren xuntas á licitación internacional canda PMI --filial internacional de Pemex--, non recibiron aínda noticia ningunha deses contratos. Di a petroleira que os "factores principais" que vai tomar en conta á hora de adxudicalos son "o custo e a eficiencia que mostren os proxectos das empresas candidatas". Aliás, acrecenta o comunicado enviado á imprensa que a construción de floteis deriva da necesidade da compañía "de albergar as máis de 17.000 persoas que están a realizar traballos de explotación de xacementos no mar". A decisión de lanzar unha licitación pública a nivel internacional foi tomada no Consello de administración de Pemex após un estudo de mercado. Cómpre lembrar que a Xunta deu sempre por feito que os floteis virían para a Galiza e que se construirían nos estaleiros das rías de Ferrol e Vigo. Aínda así, se ben na campaña cara aos comicios do 21 de outubro de 2012 ratificou a vixencia dos contratos asinados, nunca os ensinou e no seu programa eleitoral recoñecía que a construción dos floteis aínda estaba a ser negociada con Pemex. A empresa mexicana chegou a denunciar "intereses electorais da Xunta", recalcando que non había riba da mesa ningunha decisión tomada en firme. Após case un ano, os contratos non foron adxudicados aínda.
PRAZA_7685
Os nacionalistas convocan un acto simbólico para este xoves á tarde, coincidindo co pleno no que o rexedor compostelán, Ángel Currás, explicará a súa situación xudicial
"Limpar o desgoberno municipal". É o que pretende simbolizar o BNG de Santiago co acto simbólico convocado na compostelá Praza do Obradoiro para as catro e media da tarde deste xoves, xusto a hora na que o alcalde da cidade, Ángel Currás, terá que comezar a explicar en pleno a súa situación xudicial, agudizada tras saír á luz unha segunda imputación. A instancias do PSdeG, que puido forzar o pleno por ter máis da cuarta parte dos edís da corporación, Currás terá que "dar conta, en primeira persoa, da situación que está a atravesar o Concello tras a súa imputación" e "clarexar as informacións sobre presuntas falsidades en documentos públicos". O Bloque pedirá a dimisión do rexedor en pleno pero, simultaneamente, chama a expresarse á cidadanía "indignada e cabreada". Esta convocatoria xorde "como resposta a unha situación insostíbel", di a vicerresponsable do BNG en Santiago, Lucía Vázquez, dende cuxo punto de vista a situación do goberno local é "de total anomalía, con continuas imputacións por diversos casos" e con "novas sospeitas cada día sobre o grupo municipal do PP". "Isto non pode seguir así, a cidade está paralizada", resume, e por iso convocan á veciñanza que "queira dicirlle ao goberno do PP" que a situación debe mudar. A protesta coincide co pleno no que Currás se ve forzado a dar conta da súa situación xudicial Neste sentido, o Bloque subliña que a inestabilidade institucional se debe tamén ás liortas no seo do propio PP. "O BNG pedirá a dimisión do alcalde", explica Alba Nogueira, responsable de asuntos xurídicos, xa que a marcha de Paula Prado para ser voceira autonómica do seu partido "non é máis ca unha dimisión placebo, no sentido de que o único que parece querer resolver son os problemas internos do PP, que está ensimesmado na súa crise política interna pero non resolve os problemas da cidadanía. "Dous alcaldes imputados, dous xefes de gabinete imputados, unha concelleira imputada, unha parte do persoal directivo municipal traído de fóra cunha duplicidade de cargos do PP baixo sospeita" son, para Nogueira, motivos dabondo para interpretar que Compostela está nunha situación de "desgoberno total", ata o punto de que un goberno con maioría absoluta "é incapaz de aprobar os orzamentos". Por todo isto, conclúe, "animamos os composteláns e compostelaś a vir a esta concentración con vasoiras, fregonas e caldeiros de auga para axudar a fregar o Concello de Santiago na vontade de que mostren o seu desacordo e de poñerlle freo a este desgoberno do PP".
NOS_33025
Feixoo quéixase de que se necesitan máis doses.
Galiza comezará a vacinar a próxima semana ao grupo de poboación de 20 a 29 anos unha vez terminada a de maiores de 40 anos e administrar a primeira dose aos de 30 a 39 anos. Así o anunciou esta cuarta feira Núñez Feixoo, na rolda de prensa para informar as medidas adoptadas polo comité clínico . O presidente insistiu en que non hai vacinas suficientes. "O problema principal é que non temos vacinas", lamentou, para afirmar que seguirán reclamando doses. Feixoo afirmou que hai un "problema importante" de desabastecemento de vacinas. "Precisamos máis vacinas", sinalou e indicou que non hai doses abondo: "nin sequera fomos capaces de vacinar os menores de 30 anos". Por iso, dixo, a Xunta vai seguir "a reclamar" vacinas. "De ter vacinas, non teriamos que adoptar estas medidas". Máis do 66% dos galegos a vacinar está inmunizado contra a Covid-19. Máis da metade dos mozos e mozas de entre 30 e 39 anos, suscepíbeis de recibir a vacina, contan polo menos cunha picada. Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose até o momento 131.253 persoas maiores de 85 anos; 96.095 de 80 a 84 anos; 134.295 de 75 a 79 anos; 152.827 de 70 a 74 anos; 161.346 de 65 a 69 anos; 175.107 de 60 a 64 anos; 181.436 de 55 a 59 anos e 194.314 de 50 a 54 anos. A elas súmanse 201.406 persoas de 45 a 49 anos e 188.563 de 40 a 44 anos. Deste modo, até o momento foron vacinados 389.969 cidadáns de 40 a 49 anos, un 88,03% duns 443.000 habitantes desta franxa de idade.
PRAZA_3420
Tras ser absolto primeiro pola Audiencia Nacional, o Supremo condenou ao líder de Def con Dos a un ano de cadea por enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas
Tras ser absolto primeiro pola Audiencia Nacional, o Supremo condenou ao líder de Def con Dos a un ano de cadea por enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimasO Tribunal Constitucional vén de anular a condena a un ano de cárcere e seis anos e medio de inhabilitación absoluta que o Tribunal Supremo impuxo ao líder do grupo Def con Dos, César Strawberry, segundo adiantou El Mundo e confirmou eldiario.es. O alto tribunal considerouno culpable dos delitos de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas por seis tuits nos que ironizaba coa volta dos Grapo e ETA e sobre a morte Luis Carrero Blanco, presidente do Goberno no franquismo.Strawberry foi detido en 2015 e tras ser absolto inicialmente pola Audiencia Nacional, a Fiscalía recorreu o arquivo ao considerar que se "trivializaran" eses comentarios. Finalmente, foi condenado no Supremo en xaneiro de 2017. Aquela sentenza, da que foi relator o presidente da Sala do Penal, Manuel Marchena, sinalaba que "a liberdade de expresión non pode ofrecer acubillo á exteriorización de expresións que encerran un inxustificable desprezo cara ás vítimas do terrorismo, ata conlevar a súa humillación". Tres anos despois daquela condena, o Constitucional considera que aquelas mensaxes si están amparadas pola liberdade de expresión. Hai uns meses o Concello de Lugo incluíu o grupo de Strawberry, Def con Dos, formado en Vigo e que no seu momento participou no Xabarín Club da TVG, na programación de concertos do San Froilán. O PP criticara o goberno local por "amparar a radicalización".
PRAZA_9686
Desde que pechou a gran fábrica de pan, fariñas e pensos de Vigo en 1980, a Panificadora foi testemuña de intentos de demolición, incendios, okupacións e ciclicamente distintas maquetas e proxectos planean o seu destino. Nos últimos días o Concello vén de avanzar na tramitación para poder facer realidade a rehabilitación deste emblema do patrimonio industrial pero sen orzamento, prazos nin misión definida.
Desde que pechou a gran fábrica de pan, fariñas e pensos de Vigo, en 1980, a Panificadora foi testemuña de intentos de demolición, incendios, okupacións e ciclicamente distintas maquetas e proxectos planean o seu destino.Nos últimos días asistimos ao enésimo anuncio: a xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo deu a súa aprobación provisional da modificación puntual do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) do Casco Vello para avanzar no novo proxecto da Panificadora. "Quero expresar a miña satisfacción, vai converterse nunha zona de equipamento sociocultural e dotacional, un novo espazo público con arborado que conectará coa Praza do Rei", sinalou o rexedor ante os medios de comunicación o xoves, 21 de marzo.A tramitación continuará agora co envío da documentación a administración autonómica -a Patrimonio- para que se pronuncie sobre este cambio no planeamento. "Xa non hai marcha atrás, unha vez aprobada envíase á Xunta e no prazo de dous meses está obrigada a dicir que si e a partir de aí, pleno municipal, expropiación e obra", engadiu Abel Caballero.Aínda que, efectivamente, se están a mover os papeis, a realidade é que a día de hoxe non existe unha medición precisa técnica do seu interior, non figura no catálogo de patrimonio da Xunta, nin foi protagonista de labor de conservación ningún nestes máis de trinta anos que leva pechada.A Panificadora non se pode agochar, ten máis de 7.000 metros cadrados de superficie e dez enormes silos que a cidadanía está afeita a ver, no centro de Vigo entre o monte do Castro e o edificio do Concello. Leva na cidade case cen anos (desde 1924) e contribuíu na primeira metade do século a algo tan importante como o abastecemento da poboación."Ter a Panificadora en Vigo foi fundamental para a cidadanía, para ter pan hixiénico, moderno e barato. De feito hai un convenio entre a Compañía viguesa de Panificación e o Concello de Vigo do ano 22 ou 23 onde se di que ten que vender o pan barato. Ademais, despois, na posguerra, foi intervida polo Estado, e ter a Panificadora permitiu que non se pasase tanta fame. Deu de comer literalmente á xente", explica Uxío Reinoso, arqueólogo industrial e coordinador do proxecto vigoindustrial.com ."Era o graneiro da cidade. Cando se inaugurou era a máis potente de España, foi un elemento que nos situaba como unha gran cidade, moderna. Ademais ten o valor cultural e urbanístico de que está no centro na cidade. Ten que ser a peza desde onde Vigo recupere o seu patrimonio industrial", defende Reinoso."A Panificadora ten que ser a peza desde onde Vigo recupere o seu patrimonio industrial", defende Uxío Reinoso.A veciñanza de certa idade lembra perfectamente a fábrica funcionando, a praza dos silos, os pasadizos, unha rúa cuberta ou o inconfundible recendo do pan no forno. O fundador, Antonio Valcarce, foi tamén o dono da Compañía de Tranvías e do Banco de Vigo. A Panificadora atesoura unha morea de aspectos que a fan parte da esencia da cidade, da súa historia. Pero que se fai cunha mole de formigón no centro da cidade se xa non dá beneficios por actividade industrial? Iso foi o que se debeu preguntar Manuel Soto, alcalde de Vigo nos anos 80, tras o peche da fábrica, e a resposta foi a máis obvia: vivendas. En 1988 Soto asina un convenio cos propietarios e a Panificadora convértese nunha Unidade de Actuación Urbanística e permite 20.000 metros de nova edificabilidade. Afortunadamente este primeiro destino da Panificadora nunca se materializou e en 1991 intégrase no PERI do Casco Vello, aínda que segue a ser reurbanizable. Desde entón distintos alcaldes firman e anulan convenios e a sombra da demolición continúa sobre parte da construción. Os distintos alcaldes firman e anulan convenios e a sombra da demolición continúa sobre a construción ata 2011En 2006 un incendio destrúe oficinas, sala de xuntas e arquivo e xorden entón, nos anos seguintes, campañas cidadás para evitar a derruba. En 2009 Caballero presenta o Plan Moneo, que interviría en toda a área e só conservaría os silos da Panificadora. Segundo lembra Uxío Reinoso, foi nos meses previos á campaña electoral de 2011 cando o actual alcalde promete rehabilitar a Panificadora como centro cultural. Comézase a falar entón de conservación integral e de expropiacións. Nesta época a Panificadora enxerga un destino feliz, que suporía albergar a Biblioteca do Estado.Non foi ata 2016 cando o Concello lanza o concurso de ideas para o ámbito da Panificadora, onde se inclúe xa a participación do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Nas súas bases, o concurso recolle literalmente que "o Concello de Vigo precisa desde hai anos unha gran dotación pública para satisfacer as necesidades culturais e sociais da cidadanía viguesa; un espazo no que situar un gran contedor, como a Biblioteca Pública do Estado na cidade. O contorno da Panificadora considérase un espazo idóneo para a súa implementación, tanto polo seu vínculo co pasado industrial das cidades como pola centralidade urbana do ámbito. Por outra banda, e toda vez que a colaboración entre o Concello de Vigo e a Zona Franca resulta fundamental para a execución do proxectado, é preciso que a proposta permita obter espazos nos que localizar usos de co-working, oficinas, Centro de Innovación Gastronómica, centros tecnolóxicos, espazos de emprendemento e creatividade, así como actividades que poidan resultar tractoras da economía de Vigo e que proporcionen utilidade e dinamismo ao dito contorno. E para unha adecuada complementariedade dos usos previstos, a ordenación promoverá a obtención de espazos libres públicos, ao tempo que permitirá compatibilizar os usos maioritarios coas actividades comerciais e terciarias necesarias para lles dar cobertura ás necesidades da cidadanía. O deseño dos espazos deberá garantir, en definitiva, a rendibilidade social do proxecto a a súa sustentabilidade..."Baixo estes ambiciosos requisitos resultou gañador o proxecto dos arquitectos Jorge Salgado e Celso López, en marzo de 2017.E chegamos á actualidade con algo máis de esperanza pero sen certezas porque a día de hoxe o que de verdade existe é un proxecto cheo de boas intencións pero sen orzamento, prazos nin misión definida. É máis, a Biblioteca do Estado xa ten outra localización prevista -os terreos onde se ía facer inicialmente a Cidade da Xustiza, na rúa Lalín-, motivo polo que desde Marea de Vigo alertan de que nos imos atopar con "outro continente sen contido". Rubén Pérez, portavoz do grupo municipal, defende que o primeiro que habería que facer é "catalogala como BIC e logo identificar e catalogar tamén seriamente todo o contido". Durante os próximos dous meses Concello e Zona Franca van negociar a participaración concreta de cada un, porque a día de hoxe non está definidaFinanciamento non definidoAínda que non hai unha cifra oficial do que van custar as expropiacións e a posterior intervención no ámbito da Panificadora, distintas fontes estiman en 20 millóns o custo da actuación. Sobre este aspecto desde Zona Franca explican que de momento non poden concretar a súa participación. Nos orzamentos do consorcio para este ano figuran catro millóns para a Panificadora, pero é unha cifra que xa constaba na planificación de 2018 e pode volver estar na de 2020 sen que se execute un euro. "O proxecto deu un grande avance e agora a Xunta ten dous meses para responder. Durante este tempo Concello e Zona Franca negociarán a participación concreta de ambos, porque a día de hoxe non está definido", indicaron fontes da entidade estatal.
NOS_54968
Xavier Vence defendeu o relatorio político na XIV AN do BNG. Unha intervención centrada na necesidade de crear conciencia nacional, ben como na implicación de tod@s para "dar unha volta á situación" e procurar novos modos de relación "entre nós, coa sociedade e coas outras forzas políticas nacionalistas"
Xavier Vence incidiu na necesidade de "fomentar a conciencia nacional neste país", un dos aspectos contidos no relatorio político que defendeu na Asemblea Nacional do BNG. Vence, que encabeza a candidatura ao Consello Nacional da fronte nacionalista, insistiu en que hai que "fortalecer a conciencia nacional, porque só así terá Galiza futuro". Tamén negou que exista unha "deriva soberanista" no BNG e lembrou que a fronte nacionalista "leva sendo soberanista desde o principio". Aínda máis, puntualizou, "o nacionalismo é soberanista desde que na asemblea nacionalista de Lugo en 1918 acordaron que a soberanía reside no pobo galego". O que si hai, afirmou, é unha "deriva centralista" que nos últimos anos estase a intensificar e facer máis forte. O que será elexido hoxe como novo portavoz nacional do BNG fixo mención ao duro ano de goberno central a golpe de decretazos e o "submetimento de Feijóo á política de Madrid. Non temos un goberno galego senón unha sucursal de Madrid", enfatizou. Non esqueceu a imediata actualidade, a corrupción política que "é un problema do PP". Man tendida A persoa que con toda probabilidade será hoxe elexida novo portavoz nacional do BNG tamén fixo un chamamento a "involucrarnos tod@s" en mudar "as formas e modos de relacionarnos entre nós, para así sentar as bases para cambiar as formas "de relacionarnos coa sociedade" e tamén con "outras formacións políticas nacionalistas" coas que, apuntou, haberá escenarios e ocasións que requiran de colaboración e traballo conxunto.