ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_27476
Democracia XXI: pobos soberanos fronte ao autoritarismo é o título baixo o que desde onte se desenvolve en Zuatzu, Donostia, a primeira edición da escola soberanista. Esta iniciativa, organizada por fundacións das nacións sen Estado, quere ser un lugar de encontro, posta en común e debate sobre os obxectivos e retos que os pobos han de enfrontar para alcanzar a liberdade nacional e a xustiza social.
áis de 130 persoas danse cita esta fin de semana en Donostia para participar na primeira escola soberanista. O encontro conta cunha ampla actividade formativa e tamén pretende fomentar o intercambio de experiencias sobre os obxectivos e retos comúns dos movementos emancipadores nas nacións sen Estado. O contraste crítico de análises, discursos, estratexias, propostas e modelos de acción práctica son a esencia do evento. A escola está impulsada polo Foro de fundacións da esquerda soberanista que compoñen as fundacións galegas Moncho Reboiras, Galiza Sempre, Terra e Tempo e o Observatorio de Láncara; as vascas Akartasuna Fundacional, Alternatiba, Iratzar Fundazioa, Ipar Hegoa e Fundacion Betiko. Están tamén no Foro as entidades catalás Centro Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions (Ciemen), a Fundació Irla, Poble Liure e a Intersindical-CSC; e de Mallorca a Fundación Darder Mascaró. Ademais figuran as valencianas Nexe e Intersindical, así como Canarias Si se Puede, Canarias en movimiento e o sindicato andaluz SAT. Os retos do soberanismo Para Floren Aoiz, director de Iratzar, o reto que ten o foro é desenvolver de maneira colectiva "a proposta soberanista transformadora para estes tempos de incerteza", sinala en declaracións a Nós Diario. "A idea é compartir visións, falar dos puntos que partillamos, sabendo que somos persoas de pobos diferentes", engade. Aoiz sinala catro grandes preguntas para as que os debates tratarán de dar resposta. A primeira é saber que está pasando agora mesmo en Eukal Herria. A segunda pasa por estudar o que acontece no mundo co auxe do totalitarismo e ver que alternativas se están a construír para salvar a democracia. A terceira cuestión versa sobre "o que ocorre no reino de España e, por último, está a máis difícil", di Floren: debullar os grandes retos que o soberanismo ten que afrontar e ver cales son as forzas e os recursos que ten para superalos. Apoio entre os pobos Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre, salienta a Nós Diario esta escola como unhas das iniciativas que ten o foro como ámbito de debate, posta en común e procura de unidade de acción entre as fundacións das forzas soberanistas. Cela coincide con Aoiz ao sinalar que cada nación ten os seus ritmos e as súas peculiaridades, "mais respectando iso, precisamos saber entender que todas temos o inimigo común no modelo nacional deste Estado español", sostén Cela. O nacionalista galego resalta desta escola o feito de dar continuidade ao que supuxo Agora Repúblicas, a candidatura coa que BNG, ERC e Bildu concorreron aos comicios europeos, xa que Cela a sinala como "moito máis que unha simple lista", do mesmo xeito que menciona a declaración de Llotja de Mar en prol da autodeterminación e outros encontros que afondan nun apoio mutuo entre os pobos. Cela tamén subliña que o obxectivo da escola non é só a formación, senón tamén crear lazos de fraternidade entre os distintos movementos e fundacións para fortalecer a comunicación e o apoio mutuo entre os movementos nacionais. A maiores, cita como característica máis importante que o encontro naza "con vontade de continuidade e de ser rotativo", polo que confía en que proximamente se realice na Galiza.
NOS_29050
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego considera que a "pandemia está ao borde do descontrol"
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, aproveitou a comparecencia no Parlamento da Galiza do conselleiro de Economía e vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, para "pór sobre a mesa a opción do confinamento" ante a "extraordinaria gravidade" da situación. "Nesta situación na que a pandemia está ao borde do descontrol, onde temos máximos diarios de contaxios, cifras pavorosas de vítimas mortais, hai que tomar medidas contundentes e hai que facelo canto antes, pois iso significa salvar vidas, primeira obriga ética e moral, pero iso tamén significa salvar empregos", sinalou Pontón na súa réplica a Conde, no curso dunha intervención na comisión de reactivación da Covid constituída na Cámara galega. A dirixente nacionalista considera que o confinamento "é a mellor opción para frear" a pandemia. "Non esperemos a pór en marcha unha medida contundente e eficaz, se hai que facelo -e os datos son contundentes-, fagámolo, sen medias tintas, non é o momento de practicar a técnica da avestruz, a política de esconderse, senón de liderar. É o momento de tomar medidas claras, rotundas e contundentes para frear a pandemia", engadiu. O BNG considera que é o momento de pór sobre a mesa a opción do confinamento, porque os datos apuntan que esa medida vai ser a única solución para frear a expansión desta segunda onda", salientou. Pontón lembrou que o confinamento "é unha medida que están a adoptar os países da nosa contorna" e puxo de manifesto que Estados como Alemaña apostaron "por esta alternativa cunha incidencia de 168 casos por 100.000 habitantes", mentres na Galiza está en 311, unha situación "preocupante" polo que "necesita un Goberno que lidere a loita contra a pandemia". A taxa de incidencia aplicada polo Estado español e a Xunta da Galiza para acometer restricións segue a ser motivo de polémica no ámbito científico e no espazo comunitario, ao aplicar unhas porcentaxes moi superiores ás recomendas polo Centro Europeo de Alertas, que a sitúa en 200 casos por 100.000 habitantes. Recuperación ambiental do Eume Por outra banda, a portavoz nacionalista visitou no día de hoxe o río Eume para propor un plan, con catro anos de vixencia, dotado cun investimento de 250 millóns para lograr "a recuperación ambiental e o impulso económico e social deste enclave natural". Pontón, acompañada polo deputado Ramón Fernández, os portavoces en Cabanas, Pontedeume, As Pontes e Monfero e a responsábel comarcal, salientou que Endesa debe achegar parte do diñeiro, porque "quen contamina" non pode ficar sen responsabilidades "sobre todo cando obtén grandes beneficios". Tamén acusou a Xunta de ser "cómplice necesaria".
NOS_51058
Abel Caballero (Ponteareas, 1946) goberna en Vigo desde 2007 e desde 2015 faino cunha ampla e cómoda maioría absoluta. Polémico, populista, localista, o alcalde vigués construíu un personaxe que engole a persoa e na que Vigo vai camiño de ser a súa cidade-estado, desligada de calquer proxecto con, para ou de Galiza. Eis un extracto da peza publicada no número 310 de Sermos Galiza.
Unha pasarela do porto de Vigo derrubouse no momento en que se celebraba un concerto do festival O Marisquiño e houbo máis de 450 persoas feridas. Un milagre que non houber que lamentar males maiores. O suceso, o pasado 13 de agosto, deu lugar a un cruce de acusacións entre Concello e Autoridade Portuaria nunha lea na que tamén quixo mergullarse a Xunta de Feixóo, que cría ver por vez primeira unha fenda por onde zoupar a Abel Caballero. Aínda é cedo para determinar se o acontecido no Marisquiño vai pasar factura ao alcalde de Vigo, rachando con esa imaxe de que goberna nunha balsa de aceite, sen sustos nin sobresaltos grazas á súa xestión. Polo momento, Caballero, continúa fiel ao seu persoal estilo: acusou o presidente da Xunta de non atender as súas chamadas na noite do accidente. En contraposición a ese desinterese, explicou o rexedor no seu programa televisivo semanal (Vigo de cerca), el peregrinou polos hospitais onde estaban as persoas feridas e mesmo contou como os pais dunha nena ferida de 13 anos lle dixeron que a rapaza era "moi abelista". Unha anécdota narrada polo propio alcalde e que hai que sumar á ringleira de imaxes, actos, inauguracións e promesas que encadean á perfección nun termo tan usado ultimamente e tan polisémico como o de populismo e que Caballero semella lucir con orgullo. De presentar concertos en Castrelos ao Dinoseto, de bailar zumba diante de miles de persoas a inzar os barrios de Vigo con centos de bancos co logo da alcaldía ou chantar un pesqueiro nunha rotonda. [Podes ler a peza íntegra no número 310 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_24117
A resposta do departamento de Ábalos abre a porta a que os afectados inicien un contencioso-administrativo
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana respondeu que "non procede" o cesamento de membros da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) que pediu a plataforma de vítimas do accidente de Angrois. "Non procede ao non concorrer ningunha causa legal de revogación do seu nomeamento", responde o departamento de José Luís Ábalos nunha resolución que asina o subsecretario de Transportes, notificada á plataforma a pasada cuarta feira. As vítimas reclamaban os cesamentos, segundo lembra o propio departamento gobernamental, "pola inobservancia do requisito de independencia" e sobre a base de que algúns dos integrantes da CIAF "prestaron servizos en empresas ou entidades respecto das que a CIAF debe gardar independencia". Así, na súa resposta, o ministerio replica que "os membros da CIAF foron nomeados seguindo o procedemento legalmente estabelecido de conformidade co cal foron valorados os seus curriculos e analizada a súa idoneidade para o cargo". Por tanto, ao seu modo de ver, "trátase de nomeamentos válidos e efectivos desde o momento en que se produciron e até que venza o seu mandato legal". Cabe recurso Contra esta resolución, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Foi o pasado 18 de decembro cando a asociación entregou no rexistro do ministerio un escrito, asinado polo avogado especialista en dereito administrativo Antonio Benítez Ostos, que pedía que se "garanta a total independencia da CIAF, nos termos legalmente establecidos, de tal maneira que permita investigar de forma totalmente obxectiva e imparcial o accidente ferroviario acaecido o 24 de xuño de 2013". Entre outras cuestións polas que concluía ese documento "ausencia de imparcialidade" sinalaba que un dos vogais da devandita comisión foi director de seguridade da unión temporal de empresas SICE e SICE na liña Ourense-Santiago. Nova investigación Ao que non dá resposta Transportes é á solicitude da plataforma de vítimas para que se faga unha nova investigación, tendo en conta que a Unión Europea desacreditou a realizada pola CIAF, precisamente, por falta de independencia. Ese informe estabeleceu que a responsabilidade do sinistro ferroviario foi do maquinista, por circular cun exceso de velocidade após atender unha chamada do interventor. Por estes feitos está imputado tanto o condutor como o exdirector de seguridade de Adif, do que non dixo nada a CIAF e ao que o xuíz atribúe igualmente 80 supostos delitos de homicidio e 144 de lesións por imprudencia profesional grave, ao non constar, segundo o instrutor, a adecuada análise de riscos da liña.
NOS_43761
Félix Longueira é licenciado en Historia da Arte e na actualidade profesor de Xeografía e Historia no IES Otero Pedraio da Coruña. É o autor, conxuntamente con Xosé Antón García, dos fascículos catro e oito, correspondentes ás igrexas de San Miguel do Monte (Chantada) e Santa María de Taboada dos Freires (Taboada) do coleccionábel Tímpanos Medievais da Galiza.
Que é o que fai única esta igrexa de San Miguel do Monte fronte a outras do románico rural? O seu tímpano, sen dúbida. Aparecen nel tres figuras que tocan instrumentos e bailan. É seguro que unha das figuras é unha muller, quizais unha soldadeira. A presenza desta figura nun espazo tan relevante da igrexa como é o tímpano resulta moi interesante desde o punto de vista da valoración social das mulleres nesta época. Pero é que ademais, deixando á parte os anciáns do Pórtico da Gloria ou do Pórtico do Paraíso, non son tantas as escenas musicais no románico galego. Fronte a estas, que están nun contexto digamos máis formal, mais sometidas a un conxunto moito máis amplo, en San Miguel do Monte trátase dunha representación máis espontánea, sen ningunha etiqueta, por dicilo dalgunha maneira. Os anciáns están case todos tesos coma paus, mentres que, cada vez que penso na maneira en que se dobra a soldadeira de San Miguel do Monte, pónseme o lombo como se viñera de apañar nas patacas. (Risas) No románico rural raramente coñecemos a autoría das obras. Quen é este Pelagius Magister, suposto autor de San Miguel do Monte e que asina o de Santa María de Taboada dos Freires? Se seguimos a inscrición que figura no tímpano de Taboada dos Freires debemos supoñer que Pelagius Magister (o mestre Paio, se o traducimos ao galego) é o artista que realiza o tímpano de Taboada dos Freires. Tamén é verdade que facemos esta suposición porque estamos acostumados a que quen asina a obra sexa quen a realiza. A profesora Rocío Sánchez Ameijeiras apunta que, se cadra, tamén podería tratarse do mestre da orde militar que encarga a obra. Tendo en conta outros exemplos do século XII, non é algo que se poida descartar. "A presenza desta figura nun espazo tan relevante da igrexa como é o tímpano resulta moi interesante desde o punto de vista da valoración social das mulleres nesta época" En calquera caso, se asumimos a posición de Ben-Cho-Sey de que o mesmo Paio é o artista dos tímpanos de San Miguel do Monte ou Santa María de Ucelle, está claro que se trata dun artista rudo, pero de grande forza expresiva. Por que afirma que "fai arte para a devoción popular"? A simplificación dos trazos do corpo ou a maneira en que se dobran os membros das figuras está tamén noS cruceiros ou en moitas imaxes esculpidas para os retablos que se colocaron nas igrexas galegas ao longo dos séculos XVIII e XIX. Estas imaxes, antes que a imitaren a realidade, debían atender á devoción e ao respecto que se outorgaba ás imaxes sagradas, unha función que cumpren de sobra. Voste di que neste tímpano se santifica o profano. Como é iso? Na opinión de Serafín Moralejo, que é o oráculo do románico galego, o personaxe de maior tamaño do tímpano de San Miguel do Monte é o rei David. Como explico na miña peza sobre o tímpano, esa identificación, para min, é clara. Con todo, para compoñer a escena, máis que na Biblia, o artista inspírase nunha actuación de xograres, de músicos de rúa. Esta mestura do ámbito sagrado e do profano dálle moito vigor á escena. Ao tempo, debemos entender que se unha escena de baile e música aparece nun tímpano sería porque non se atopaba nada de pecaminoso nela, senón todo o contrario. Esta interacción entre o sagrado e o profano está presente en moitas obras románicas e resulta decisiva para poder interpretalas. "Esta interacción entre o sagrado e o profano está presente en moitas obras románicas e resulta decisiva para poder interpretalas" Na próxima semana publícase o fascículo de Santa María de Taboada dos Freires. Aí o mesmo Pelagius cicela unha escena ben diferente. Vostede cualifícao como "un home do medievo con vontade de perdurar". Pode aclarar máis isto? Podo, si, non hei poder... Como xa dixen antes, a autoría da obra está lonxe de estar clara, pero resulta a interpretación máis lóxica da inscrición. Con todo, é un feito extraordinario que no Románico se asine unha obra: nin sequera o Mestre Mateo se atreveu a tanto. En Italia, na Borgoña ou no norte de Franza, onde os artistas debían ter unha elevada consideración social, son contados os nomes de artistas do XII e do XIII que coñecemos. Hai que lembrar que até o século XV non se empeza a facer habitual que se asinen as obras. Dificilmente saberemos algunha vez quen eran o Paio e o Xoán que aparecen no tímpano de Taboada e que raio os levou a meter alí os seus nomes: desde logo a explicación máis lóxica é a de que estivesen orgullosos da obra e quixesen chufar dela.
PRAZA_1616
A concreción moitas veces axuda a facilitar unha resposta simple, mais ao final, vai seguir sendo perigosa, porque deixa moitos matices polo camiño
Que sorte temos os galegos e galegas cando respondemos cun depende. Se todo fose tan doado coma un si ou non, estariamos ante unha sociedade moito máis lineal, e máis resolutiva. Non é preciso aclarar que non todo é branco ou negro, senón que existen moitas tonalidades e moitos tipos de "grises". E esta é a clave da "pedagoxía do depende". Somos quen de transmitir nunha soa pregunta o que realmente pretendemos saber? Que sorte temos os galegos e galegas cando respondemos cun depende. Se todo fose tan doado coma un si ou non, estariamos ante unha sociedade moito máis lineal, e máis resolutiva Que dor de cabeza para o pobo grego decidir entre un si e un non, sen ter a opción dun depende. Fagamos -por exemplo- unha proba na nosa terra: Vostede quere, unha educación pública? Como non vou querer?! Pero depende … Depende se ten que ser de calidade. Depende de que tipo de calidade falamos. Depende dos ratios e os recursos físicos. Depende do sistema de acceso do profesorado. Depende de se vai a existir ou non reciclaxe dos seus profesionais. Depende de se van a financiar tamén colexios concertados. Depende de quen sexa o/a responsable. Depende de tantas cousas… A concreción moitas veces axuda a facilitar unha resposta simple, mais ao final, vai seguir sendo perigosa, porque deixa moitos matices polo camiño. Ninguén esixe que lle expliquen que estamos a preguntar, nin tampouco esixe unha información transparente. É o goberno un exemplo de pedagoxía?? Ou son os medios de comunicación?? Ante nós a clave. Se non conseguimos transmitir, informar e, sobre todo, explicarnos, todo aquilo que consultemos servirá para que só haxa ganadores e perdedores. A concreción moitas veces axuda a facilitar unha resposta simple, mais ao final, vai seguir sendo perigosa, porque deixa moitos matices polo camiño A pedagoxía tería que ter (na política) o obxectivo de conseguir que o pobo entendera o por que de ter que ir ás urnas. Entender, asimilar, e facer unha reflexión crítica sobre as cuestións formuladas. Póñome na pel dun/dunha cidadá grega. Un "non", sería unha mostra de que xa non hai medo, e que a dignidade do pobo está por enriba dos intereses económicos da gran Europa. Por outro lado, se cadra un "si", sería calmar á Troika e, posiblemente, non poñerse peor do que estabamos. Os medios de comunicación europeos fixeron un exercicio de pedagoxía ou ben representaron unha opinión en cuberto? … É tan simple?. Podemos facer esta interpretación? Somos quen de responder sen ter en conta todos os factores? Foi a pregunta exemplo de transparencia por parte do goberno? Os medios de comunicación europeos fixeron un exercicio de pedagoxía ou ben representaron unha opinión en cuberto? Eu dende logo, no caso de existir un referendo no Estado, e imaxinando as manipulacións existentes por parte do Goberno e por parte dos medios de comunicación, solicitaría un depende.
NOS_16198
Liberal, ilustrado, modernizador, docente estrito, militante contra o absolutismo, científico. Autor dun mapa pioneiro, por rigoroso, de Galiza. Domingo Fontán Rodríguez (Portas, 1788 – Cuntis, 1866) foi ademais figura destacada do ensino e a educación do seu tempo. O Consello da Cultura Galega vén de publicar unha unidade didactica para espallar o coñecemento da súa vida e obra.
"O levantamento dun mapa de Galiza mediante medicións xeodésicas e traballo de campo foi un labor sen precedentes", sinalan na Presentación os coordinadores da obra, Xosé Fraga Vázquez e Elena Vázquez Cendón, antes de resumir os pasos que seguiu Fontán para chegar á súa Carta xeométrica de Galiza, impresa en 1845. En 1820, o científico mediu unha base de 2.291 metros na Estrada de Compostela á Coruña. Aí iniciou a triangulación. Oito anos despois, na estrada de Lugo a Castela tomou a segunda medición, 4.989 metros. En 1834, "presentou o manuscrito ante a Raíña Gobernadora, María Cristina de Borbón". Mais tardou en atopar un mestre gravador, o que adiou 11 anos a impresión. "Galiza adiantouse ao resto do Estado español no coñecemento do seu territorio", afirman Fraga e Vázquez, "o mapa de Fontán sería base cartográfica de proxectos de ferrocarril e estradas e fonte para a elaboración doutros mapas. É un fito na historia da cartografía peninsular e un símbolo para Galiza". Mais o seu labor non aconteceu no baleiro. Domingo Fontán foi un crítico do ensino existente na súa época ao tempo que partidario "do coñecemento e a ciencia como instrumentos de cambio social". O seu mestre, Xosé Rodríguez González (1770-1824), o Matemático do Bermés. "Con Rodríguez e Fontán agrupáronse unha serie de científicos que tiñan en común a súa posición liberal, cando o liberalismo era unha opción de cambio político e social, e o desexo de modernización das institucións educativas superiores", esténdese o documento. A unidade didáctica, ademais das proverbiais actividades e problemas dirixidos ao alumnado, relata o contexto social e político en que medrou Fontán, debrúzase sobre "a valiosa xeración de científicos" da que fixo parte e recupera a historia miúda da elaboración do mapa. Ademais dos coordinadores, participaron na mesma Margarita Barral, Gonzalo Méndez, Víctor Pollán e Julio Rodríguez.
NOS_52529
O sindicato CIG denunciou as deficiencias perante Inspección de Traballo.
A CIG denuncia que esta semana o propio persoal de Anatomía Patolóxica tivo que tomar a decisión de paralizar temporalmente o traballo na sala de corte e tinguido de mostras por problemas de ventilación. A central xa puxo en coñecemento da Inspección de Traballo esta e outras deficiencias detectadas no servizo. Dende a federación de Saúde da CIG explican que a decisión de paralizar o servizo adoptouse polo insoportábel que resultaba respirar na sala de corte e tinguido de mostras, "o que provocou indisposicións do persoal, mareos, dores de cabeza e malestar en xeral". A situación foi posta en coñecemento da unidade de riscos laborais, que se presentou no servizo e fixo un informe ao respecto. A problemática xa foi denunciada pola CIG xunto a outras anomalías detectadas na Inspección de Traballo.
NOS_7268
Fondos de investimento e capital desembarcaron en sectores estratéxicos galegos, das infraestruturas á enerxía, da vivenda á alimentación; procurando rendibilidade e beneficios. Xa están presentes na Galiza en sectores que moven miles de millóns de euros e empregan miles de persoas. Eis un extracto da información publicada no número 339 do semanario en papel Sermos Galiza.
A compra de Iberconsa -segundo grupo pesqueiro do Estado español- por un fondo de investimento californiano, Platinium, puxo o foco sobre a presenza dos fondos no tecido económico galego. Platinium, por certo, mercou Iberconsa por 550 millóns de euros a outro grupo estranxeiro, Portobello, que en 2015 se fixera con 55% das accións do grupo vigués. Dun fondo pasa a outro fondo e pouco ten a dicir Galiza en toda esta manobra. Estes 550 millóns que pagou Platinium deixan pequenas as cifras de 50 millóns de euros da operación pioneira na Galiza dos fondos de investimento: en 2013, a compra por un grupo español do centro comercial Espacio Coruña, na cidade herculina. Se nun principio os centros comerciais e o campo inmobiliario centraron o interese destes grupos, a día de hoxe a actividade onde teñen presenza e peso é moito máis diversificada. Os fondos de investimento e de capital risco non lle fan ascos a nada. Aí están os desembarcos en sectores de todo tipo, desde a pesca até os ximnasios, desde os xeriátricos até a automoción, pasando pola vivenda, a alimentación ou a moda. Non apostan a perdedor. Unha vez que a época máis dura da crise remitiu, pousan os ollos naquelas empresas e sectores que entenden que lles van reportar beneficios nun prazo relativamente curto e sen grandes complicacións. Na actualidade, eses grandes fondos teñen presenza en sectores cunha facturación que camiña cara aos sete mil millóns de euros e nos que o número de empregos directos supera as 10.000 persoas. Aí está o exemplo do sector da lousa, onde o grupo líder no Estado español, Cupa Group, foi comprado polo fondo Carlyle por un importe de 170 millóns de euros. Os fondos poñían así unha pica nun sector chave da economía galega, e non é o único. Houbo tamén fracasos, como o da tentativa do fondo Brookfield de se facer con Ferroatlántica, e que non puido consumarse -cando estaba todo preparado- porque a mobilización social obrigou a Xunta a mover ficha e facer valer as cláusulas de concesión das centrais hidroeléctricas. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 339 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_52930
Galiza Nova presentou nesta quarta feira a súa campaña a prol do paro, que ten xa 18 localidades confirmadas en todo o país e que secundarán tamén outros colectivos como os Comités ou a Liga Estudantil Galega
O estudantado galego botarase ás rúas o vindeiro 10 de maio nunha folga con que pretenden que as súas queixas cheguen aos corredores de San Caetano. Así, a Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, demandou esta quarta feira ao presidente da Xunta que escoite o clamor nas universidades galegas contra os recortes no ensino e se negue a aplicar a suba das taxas universitarias. Aboi compareceu para presentar os actos que está a levar a cabo a súa organización en apoio da folga estudantil do día 10, á que concorrerán baixo o lema O ensino é un dereito, non un privilexio. Non aos recortes do PP e que ten confirmadas xa protestas en 18 localidades do país. Ademais de Galiza Nova, este paro do estudantado galego estará apoiado por outros colectivos como os Comités --que chaman á folga Na defensa da Universidade pública galega-- e a Liga Estudantil Galega --que convocan porque Temos que paralos--. "O Goberno de Rajoy está a amosar un desprezo absoluto polo ensino público, cuns recortes que nos parecen inxustos, inxustificados e inútiles, e que castigarán aínda máis á mocidade galega", razoou Iria Aboi, manifestando unha postura que comparten tamén as dúas organizacións estudantís antes citadas. Nesta liña, os Comités presentaron tamén a súa campaña a prol do paro argumentando a súa necesidade nos recortes impostos desde Madrid e lembrando que o Partido Popular vén de aplicar na Galiza a maior suba dos prezos nas matrículas universitarias da historia. Deste xeito, quitando os cursos do 2008 e do 2009, anos en que a conselleira Laura Sánchez Piñón --PSOE-- mantivo as taxas conxeladas, "desde o curso 1999-2000 a matrícula vén subindo ininterrompida e escalonadamente até o día de hoxe". Mais agora a subida podería chegar até o 66%, ao redor de 540€ máis. Desde a Liga Estudantil fan tamén referencia a esa suba das taxas, e sitúana no ronsel de recortes que desde a Xunta de Galiza se veñen executando no eido do ensino público, sumándose a outras medidas "coma o despedimento de profesores, aumento do ratio de alumn@s por aula, desaparición de comedores ou transporte". Por isto, chaman a "loitar" nas rúas e a manifestar o rexeitamento dos e das universitarias galegas a estas medidas que conducen cara a "unha Universidade elitista que impida a entrada das maiorías sociais". Sobre esta mesma postura pronunciouse tamén Galiza Nova por boca da súa secretaria xeral, quen advertiu que o obxectivo do PP "é claro: mercadear coa educación pública e beneficiar ao ensino privado", o que supón un azoute especialmente forte nun contexto de crise económica como o actual e que fará que "a formación superior deixe de ser un dereito para converterse nun privilexio que só unha elite poida pagar, condenando ao resto a ser man de obra barata". Nesta dirección situou o recente anuncio do Goberno central de reducir o orzamento destinado ás bolsas e endurecer as esixencias académicas para acceder a elas, ademais de eliminar a exixencia de que os centros oferten, cando menos, dúas modalidades de Bacharelato, o que supón que as e os estudantes terían que se desprazar de quereren unha opción que no seu instituto non se imparte.
NOS_9134
A crise sanitaria ocasionada pola pandemia do coronavirus tamén afecta á celebración do Día das Letras Galegas deste ano. Co estado de alarma previsto, de momento, até o vindeiro 12 de abril, a Real Academia Galega confía en poder celebrar a homenaxe deste ano a Carvalho Calero no seu día coas menores interferencias posíbeis.
Ningún aspecto da vida cotiá galega escapa da influencia dunha pandemia que disolveu e adiou todos os actos físicos culturais en salas de exposicións, museos, cinemas e salas de concertos de toda Galiza. Tampouco escaparon as propias Letras Galegas. Aló polo 1987 o programa da TVG dedicado á difusión da cultura, A Trabe de Ouro, conducido por Víctor Freixanes, emitía unha entrevista ao profesor e escritor Carvalho Calero arredor da súa vida e obra, unha das poucas testemuñas televisivas do profesor e escritor ferrolán. Aquelas imaxes en catro terzos están hoxe, 33 anos despois, accesíbeis xunto con máis contido nas redes da Real Academia Galega. A institución traslada a Nós Diario que quere manter, na medida do posíbel e atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias, as actividades programadas para un maio bizarro; un mes do que aínda descoñecemos se poderemos celebrar as nosas letras na casa ou á calor do sol na rúa: "O estado de alarma prevé nestes momentos o confinamento até o vindeiro 12 de abril, polo que se mantén en axenda tanto a celebración do pleno extraordinario da Real Academia Galega o día 17 de maio, como un acto previo de homenaxe ao labor de Ricardo Carvalho Calero como docente e como parte da resistencia galeguista na posguerra, programado para o 9 de maio no Colexio Fingoi de Lugo", di a este medio Iolanda Casal, encargada da comunicación da institución. O seu presidente, Víctor Freixanes, recalca esta situación "excepcional" que supón a pandemia para a programación regular da calquera institución cultural, un contexto de revolución da axenda "tan extraordinario que é difícil de prever" pero ao cal, incide, "buscaráselle unha solución axeitada". Entidades como o Consello da Cultura Galega tamén tiveron que adiar contidos do Día das Letras Galegas, como é a presentación dunha composición musical o 16 de maio, aprazada. O Consello está a subir á web iniciativas dixitais como un especial web arredor de Carvalho Calero e unha páxina con contidos de balde do audiovisual, en colaboración coa CRTVG. Carvalho dramaturgo A RAG viuse na obriga de pospoñer varios actos por mor do coronavirus, entre eles un marcado para o pasado 25 de marzo e dedicado ao labor de Calero como dramaturgo, coordinado por Santiago Fernández, co-director xunto ao actor Manuel Lourenzo de Casa Hamlet, na Coruña. A homenaxe, que tamén tiña a finalidade de celebrar o Día do Teatro, foi adiada para os vindeiros meses do ano e atópase aínda sen data fixa. A Academia incide en que os actos previos á fin da emerxencia vixente serán tamén reprogramados nos vindeiros meses cando a situación volte á normalidade, cos ollos postos no outono. Será nesa estación cando teña lugar o tradicional simposio arredor do autor na sede da academia na coruñesa rúa Tabernas, un acto que, aseguran, confían en que non se vexa alterado. Casal pon o foco na actividade que a institución está a facer nestes momentos en redes sociais e na súa web con contidos "para o diálogo co público de distintas idades", informa. Así mesmo, a RAG traslada a este medio que "reforzará" ao longo das semanas previas ao 17 de maio a publicación de "contidos divulgativos" relacionados coa figura de Carvalho Calero; "estamos estudando varias opcións, entre elas o redescubrimento de contido audiovisual ao redor do autor", di o seu presidente, Víctor Freixanes. Os contidos están dispoñíbeis en academia.gal, o Portal das Palabras e unha web dedicada ás nenas e nenos, primaveradasletras.gal: "Ofrecemos materiais para crianzas de infantil e primaria sobre a vida e a obra de Carvalho Calero", engade Casal. O espazo virtual, igual que en máis eidos da cultura galega nestes días, é e vai ser fogar para varias iniciativas relacionadas tamén coas crianzas. A Academia presenta o seu concurso anual "Contádenos o voso Día das Letras", que, traslada, vai ampliar o seu prazo de presentación e non descarta efectuar cambios nas súas bases se se prolonga o confinamento. O presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL), Eduardo Maragoto, en declaracións a este medio, afirma que todas as actividades fican pendentes da decisión tomada polo Consello de Ministros a respecto da probábel prolongación do estado de alarma até o 26 de abril, "faremos un consello para decidir que actividades podemos celebrar e cales quedan pendentes". Salienta Maragoto que a AGAL xa fixo actividade previa: "Temos moitísimos proxectos en andamento. Levamos editados catro libros de Calero, unha antoloxía de poesía, outra de reflexión lingüística... imos editar tamén unha banda deseñada dirixida ao público adolescente e imos facer unha edición conmemorativa de Scórpio". Dentro da súa programación, aínda sen data de lanzamento, hai exposicións e lecturas públicas. O presidente de AGAL apela á prudencia a respecto das decisións no futuro que poidan afectar á celebración das Letras Galegas, mais transmite que está enriba da mesa a proposta de que o Día das Letras Galegas sexa adiado para 2021: "Existe a posibilidade de adiar todos os actos para o comezo do seguinte ano lectivo, é dicir, no outono, trasladando os eventos do aniversario de Calero, en outubro, para 2021. Imos agardar a ver se se prolonga ou non o estado de alarma". A Consellaría de Cultura, preguntada a respecto das celebracións en homenaxe a Carvalho Calero, transmite a Nós Diario o aprazamento da exposición "A voz presente", de AGAL-Ouvirmos, no Auditorio da Galiza, en Compostela. Desde a Consellaría sinalan que manteñen a comunicación coa Academia en relación ao 17 de maio e, engaden, non hai cambio previsto de momento e lembran que na web hai activdades como "As miñas primeiras letras galegas", no Portal da Lingua Galega.
NOS_46347
Este 11 de setembro Catalunya vive unha Diada histórica coa convocatoria do referendo de autodeterminación no albo.
A Diada encetou con actos institucionais e homenaxes desenvolvidas polas organizacións políticas nun ambiente solemne. A partir do mediodía comezará a organización do 'V' humano xigante que unirá as rúas Gran Vía e Diagonal de Barcelona convocada pola Assemblea nacional catalana. Máis de medio millón de persoas xa se inscribiron nos tramos definidos pola ANC para facilitar a construción do 'V'. Autocarros procedentes do País Valenciá e de distintos puntos de Catalunya xa marchan cara á cidade condal cargados de activistas que defenderán a convocatoria da consulta o 9 de novembro e o dereito de autodeterminación do pobo catalán. Ofrenda floral no Fossar de les Moreres O president da Generalitat, Artur Mas, acompañado pola presidenta do Parlament de Catalunya, Núria de Gispert, e o alcalde de Barcelona, Xavier Trias, desenvolveron unha ofrenda floral perante o lugar no que se atopan soterradas as vítimas do asedio borbónico á capital catalá. O acto, institucional e solemne, enmarcouse no conxunto de actividades desenvolvidas con motivo do Tricentenari e estivo arroupado por outros representantes institucionais como a equipa de goberno de Mas ao completo e o portavoz parlamentar e president de ERC, Oriol Junqueras, xunto cun pequeno grupo de cidadáns e cidadás que accederon --previa autorización-- á praza. Máis de 500.000 persoas inscribíronse na Assemblea nacional catalana para se uniren no 'V' que unirá as rúas Gran Vía e Diagonal de Barcelona Esta ofrenda floral constituíu un acto histórico pois ningún outro president levara a cabo un acto no Fossar de les Moreres, espazo que tradicionalmente acolleu ao movemento máis independentista catalán. A decisión de Mas caeu como xerra de auga fría nas ringleiras do Partido Popular que criticou a ofrenda por considerar que esta presenta un "marcado carácter independentista". Pola contra, desde o Govern, o seu voceiro, Francesc Homes, retrucou @s populares afirmando que o acto "ten todo o sentido" e era "unha asignatura pendente, render unha homenaxe ás persoas diversas que contribuíron a se sexamos o que somos". Aliás, Homs lembrou a inscrición que encabeza o monumento: 'No Fossar de les Moreres non se enterra ningún traidor'. "Compromiso firme" de convocar a consulta No discurso pronunciado por Artur Mas na véspera da Diada, o president da Generalitat asegurou que o seu "compromiso" de convocatoria do referendo o 9-N "é firme". Mas quixo tombar os rumores que apuntarían cara á unha recuada do Govern e de CiU no pulso que mantén Catalunya ao Estado español. Neste senso, emprazou aos poderes españois, a comezar polo executivo de Mariano Rajoy, a escoitar "o clamor pacífico deste pobo" que quere, dixo, "decidir o noso futuro colectivo". "Mañá", subliñou a respeito do 11 de setembro, "unha parte significativa do pobo catalán volverá desmostrar ao mundo cal é a vía catalana de entender a democracia e a liberdade". "Silenciar a voz dun pobo que quere falar", insistiu en alusión a Madrid, "é un erro", como tamén o é, sublióu, "negar o voto que ve nas urnas a solución e non un problema, tamén é un erro".
NOS_57620
O Castro de Montealegre, en Domaio (Moaña), descuberto na pasada década dos 20, foi dos primeiros en ser escavados en Galiza. Recetemente atoparon a escultura dun guerreiro castrexo.
O castro de Montealegre, na parroquia de Domaio, Moaña, foi descuberto vai para cen anos, sendo dos primeiros en ser escavado e estudado, por Losada Diéguez e en dúas campañas (1925-1926). Hai unha década, na construción do Corredor do Morrazo (CG-4.1) o xacemento zafou da piqueta ao se construír finalmente un túnel na base do monte o que non evitou que sofrese unha "afección crítica" (Roberto Aboal e Virginia Castro, 'O castro de Montealagre', Toxosoutos). Agora, voces como 'Historia de Galicia' alertan de que as obras de desdobramento do corredor suporá que este xacemento pode desaparecer en grande medida. "Ficará só en pé a croa do xacemento", afirman na web, ao tempo que lembran a cantidade de restos e achados que se atoparon nel. Escultura dun 'guerreiro castrexo' Por exemplo, unha escultura antropomorfa de granito, de 60 centímetros de alto e que "foi atopada no propio contexto arqueolóxico. Un feito que fai que o equipo do arqueólogo Miguel Vidal apunte a que se trate dun guerreiro castrexo", indican en Historia de Galicia. Unha hasta de cervo de 2.000 anos de antigüidade, unha moeda coa esfixia do emperador romano Tibeiro (anos 14-37 antes de Cristo), 20.000 pezas clasificadas (restos de ánforas, últiles de cociña...), son algúns dos restos atopados neste castro. Un xacemento, ademais, que na contorna ten varios petroglifos. E destaca, aliás, un vial de entrada enlousado ao castro. Do que se convervan 10 metros en perfecto estado de conservación. A preocupación tamén chega a diferentes forzas políticas. Alexandra Fernández, En Marea, escribiu recentemente na súa conta de tiwtter: "O Castro de Montalegre, un dos tres máis grandes de Galiza, desaparecerá por mor das obras do corredor do Morrazo. Nefasta xestión". Habitado por 300 persoas Patrimonio galego considera que neste castro, "que alcanzou as 3 hectáreas de superficie" calcúlase que residiron unhas 300 persoas e é canda castros como o de Santa Tegra ou San Cibrao de Lás "entre os máis grandes de Galiza".
NOS_58405
A candidata de AGE ás europeas defende a loita pola soberanía alimentaria contra os intereses das multinacionais
A cabeza de lista de AGE, Lidia Senra, centrou este domingo o seu mitin en Cangas do Morrazo na política agraria e pesqueira común europea. Senra apostou por potenciar a pesca artesanal e o marisqueo, "fronte aos intentos da acuicultura intensiva de destruír as nosas costas e recursos do mar", como fórmula para reactivar o emprego no mar galego. "Deste xeito moitos mozas e mozos non terían que emigrar, e falariamos dun país cheo de xente", asegurou. A candidata de AGE defendeu a loita pola soberanía alimentaria como a loita de todo o pobo. "Ténsenos que conceder o dereito a pescar e a producir alimentos, e ten que ser repartido de tal xeito que creen postos de traballo, non para beneficiar aos de sempre", concluíu en referencia ás presións das multinacionais nas decisións da Unión Europea. "Ténsenos que conceder o dereito a pescar e a producir alimentos, e ten que ser repartido de tal xeito que creen postos de traballo" Anunciou ademais que traballarán nas institucións europeas para fixar unha claúsula internacional contra os intentos de manipulación e expolio dos recursos naturais. Neste senso, apuntou a un modelo de aproveitamento sustentable "que permita asegurar o abastecemento para as xeracións presentes e futuras" "Apostamos polo desenvolvemento de políticas que aposten pola recuperación dos ecosistemas da beiramar, a protección da liña costeira e a fixación de poboación no medio rural e mariñeiro", asegurou Senra ante os cidadáns do Morrazo.
NOS_56515
O aumento das temperaturas, secas máis prolongadas e o incremento das pragas son consecuencias do cambio climático que afectan directamente á saúde dos bosques á xestión da masa forestal.
A rede europea de seguimento de danos nos bosques realiza un panel de mostras anual para determinar a calidade e a evolución da masa forestal, no conxunto do Estado e en cada un dos territorios. O Inventario de Danos Forestais no Estado español correspondente ao ano 2018 recoñece unha lixeira melloría no estado de saúde das masas forestais da Galiza, tamén con respecto ao ano 2013. O avance, apunta Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo, responde en boa medida ao menor impacto do gurgullo do eucalipto nos bosques galegos. "As pragas gozan de ciclos biolóxicos máis longos. Os problemas chegan antes e duran máis tempo". O coleóptero causante da defoliación do eucalipto é unha das ameazas que describe o informe, nun contexto de cambio climático que obriga as propietarias, as comunidades de montes e as expertas no sector forestal a observar as previsións para favorecer a adaptación da masa forestal ás mudanzas climáticas. "A diferenza dos animais, as árbores non se poden mover do seu sitio. Se as condicións de auga e temperatura nas que viven cambian, e deixan de estar en equilibrio co medio, son presas desas alteracións, que acabarán por debilitalas", explica Juan Picos, "e as árbores debilitadas son máis susceptíbeis de verse afectadas por patóxenos que igual xa estaban aí ou que poden chegar de novas". A ameaza das pragas O impacto das pragas é outra das consecuencias do cambio climático. Segundo Carmen Salinero, xefa de servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, "agora gozan de ciclos biolóxicos máis longos". O quecemento global, di, freou o "frío invernal que axudaba ao control dos patóxenos, que ao dispoñer de ciclos máis longos tamén teñen unha incidencia máis forte". E o mesmo sucede cos fungos, que atopan mellores condicións na contorna para propagarse e castigar determinados exemplares. "Os problemas chegan antes e duran máis tempo", advirte. Salinero destaca que o número e a variedade de insectos e fungos activos con capacidade para afectar as árbores e o cultivos creceu coa globalización. "Viaxamos máis, traemos novas especies que poden chegar a adaptarse ao medio no que vivimos, porque as condicións cambian; e canda esas especies veñen as súas pragas". "É imprescindible unha boa silvicultura e fomentar as decisións informadas por parte dos propietarios e das comunidades de montes para cada un dos seus espazos". Entre as máis agresivas, sinala, algunhas das citadas polo inventario de danos forestais. "A procesionaria, que leva toda a vida con nós e o nemátodo do piñeiro, que delimita a xestión da súa masa forestal". Para Juan Picos, é o exemplo perfecto do impacto do cambio climático. "Pola temperatura que precisa o vector do nemátodo sempre se dicía que era moi difícil que pasase do Miño, pero xa se dan as condicións para que vaia ascendendo cara ao norte". O verme dos ameneiros, o chancro do castiñeiro e sobre todo a avespiña asiática que afecta a árbore da castaña son outras das ameazas que máis castigan a masa forestal da Galiza, que poñen en risco os bosques de ribeira, os soutos e un sector produtivo vital en moitas comarcas do territorio. Incendios forestais Os lumes tamén representan un risco. "As secas son cada vez máis prolongadas e os expertos presumen que o serán aínda máis", sinala Picos. "Hai que empezar a pensar en que condicións van vivir as árbores as próximas décadas para asegurar a viabilidade da masa forestal". Un traballo, advirte, que ha de ser coordinado e especializado. O profesor Juan Picos mantén que "o máis sensato", en canto á xestión da masa forestal, é apostar por manter as condicións actuais das árbores. "Canto máis sas estean máis tardarán en debilitarse e mellor aproveitamento lograremos. É imprescindible unha boa silvicultura e fomentar as decisións informadas por parte dos propietarios e das comunidades de montes para cada un dos seus espazos". O obxectivo, insiste, é mitigar e adaptar o impacto do cambio climático.
NOS_53208
As feiras de artesanía son un reclamo turístico e social que enchen as rúas das vilas cada ano, principalmente durante o verán. Se ben as restricións debidas á Covid-19 dificultaron a súa realización no último ano e medio, este mes de agosto volve cheo de citas artesanais por todo o país.
Odicionario da Real Academia Galega define a artesanía como a "técnica ou arte que ten como finalidade a elaboración de produtos dun xeito manual utilizando medios e métodos de produción tradicionais"; por extensión, entendemos como artesanía o "conxunto de produtos ou obras elaborados artesanalmente". A artesanía é unha práctica que acompaña a vida dun pobo, que o caracteriza como grupo social e que lle serve de vínculo de unión. O desenvolvemento da economía en Europa na Idade Media, coa consecuente especialización nos diversos sectores, que permitía unha maior calidade dos produtos, provocou o nacemento dos gremios. Mestres, oficiais e aprendices conformaban a xerarquía dos artesáns, que regulaba a actividade laboral e a formación dos seus membros. Os gremios reunían os artesáns e artesás dun mesmo oficio. Nunha época preindustrial, o desenvolvemento da sociedade dependía, case na súa totalidade, da artesanía, pois nela se baseaba a calidade de vida do pobo. O desenvolvemento da industria moderna, que deu lugar ao nacemento do sistema capitalista no século XIX, provocou o desmantelamento dos gremios tradicionais, e que moitos dos artesáns comezasen a traballar nas fábricas nun sistema de produción menos personalizado. As malas condicións laborais desta nova clase de traballadores darían pé á creación dos sindicatos, baseados en parte na antiga estrutura dos gremios, que se poden, por tanto, considerar os precursores daqueles. O oficio artesanal conta aínda cunha gran vitalidade en canto ao apoio social que recibe. Así o demostra a realización de numerosas feiras de artesanía por todo o territorio galego ao longo do ano A tradición dos gremios na Galiza contou cunha grande importancia ao longo da súa historia e deulle nome a unha boa listaxe de lugares nos que se realizaban os diferentes oficios. Hoxe en día, aínda que máis desgastada, segue a ter algo de presenza na sociedade. A cidade de Compostela é unha das máis marcadas polo traballo artesanal, principalmente o dos gremios dos prateiros e acibecheiros; os nomes da praza das Praterías e da rúa da Acibechería, mostran perfectamente aquela realidade, así como tamén o da rúa da Caldeirería e o da recoñecida praza do Obradoiro, na que confluían diversos gremios artesanais. Na actualidade, parece que os oficios artesanais foron caendo, pouco a pouco, no esquecemento. Aturo Ouro, presidente da Asociación Compostelá de Ourives, afirmou nunha entrevista que hoxe en día só quedan dous acibecheiros na cidade santiaguesa cando antes "era un gremio moi numeroso e as súas tallas eran, e son, pezas únicas". Pero as tradicións non desaparecen se o pobo non quere e, na Galiza, o oficio artesán conta aínda cunha gran vitalidade en canto ao apoio social que recibe. Así o demostra a realización de numerosas feiras de artesanía por todo o territorio galego ao longo do ano. Este mes de agosto, por exemplo, estase a realizar unha das máis importantes do país, Mostrart, que se desenvolve na cidade da Coruña desde o 1 ao 29 de agosto. A feira leva celebrándose desde 1985 nos xardíns Méndez Núñez. Nesta 37ª edición participan 73 obradoiros artesáns, cuxos postos abren de 11 a 14 horas e de 17.30 a 22 horas cada día. Entre os obradoiros participantes hainos de xoiaría, tecidos, coiro, xoguetes e bonecos, bixutaría, bordados, pezas de cartón e de madeira, deseños, roupa, pinturas, bolsos e complementos, gravados, cerámica e un longo etcétera. Este tipo de feiras semellan unha oportunidade única para atoparmos produtos exclusivos saídos directamente da man dos seus autores e autoras. Aínda que Mostrart sexa a máis relevante da Galiza, o noso país conta cun variado abano de feira de artesanía. Na cidade de Pontevedra lévase a cabo a feira Chalana, na que se expoñen pezas artesás únicas. O evento dura até a primeira semana de agosto e conta con produtos de bixutaría e xoiaría, xoguetes de madeira, roupa pintada á man... Pódese atopar calquera cousa e a prezos moi asumíbeis. Tamén até comezos deste mes se desenvolve a 32ª edición da feira dos Oficios Artesáns no concello de Mondariz. Despois da parada do pasado ano, este verán a feira volve cunha gran programación cultural cuxo obxectivo, como cada edición, é a aposta firme pola calidade do traballo artesanal. Enmarcadas na temática de feiras de artesanía, tamén cobraron unha crecente relevancia nos últimos tempos as feiras medievais. Este tipo de eventos, que pode chegar a durar semanas, ademais de ofreceren os produtos artesanais, pretenden recrear todo un marco histórico no seu conxunto, ofrecendo unha visión aproximada do modo de vida do medievo (vestiario, comidas, actividades…) coa fin de resultaren didácticas ao tempo que divertidas. Poden presentar unha estrutura itinerante ou estaren vinculadas a celebracións propias de determinadas vilas. Unha das máis coñecidas no territorio galego é a de Betanzos, levada a cabo no mes de xullo. Este ano mudou o formato coa realización de pequenos espectáculos no canto dos postos que enchían as rúas noutras edicións. Tamén teñen unha grande importancia a Romaría Viquinga de Catoira, a Festa Medieval de Maceda e a de Ferrol, o mercado medieval de Mondoñedo e a feira medieval mariñeira do concello de Malpica; todas elas realizadas no mes de agosto. Mais quizais destaque sobre todas elas, pola súa tradición e pola importante participación da propia cidadanía da vila nela, a Festa da Istoria, declarada festa de interese turístico nacional, que transforma todo o centro histórico de Ribadavia nun escenario que reconstrúe o ambiente xudeu do medievo. Se ben as restricións debidas á pandemia significaron un preocupante freo para o sector da artesanía no verán pasado, este ano a situación parece que conseguiu normalizarse até certo punto; os artesáns e artesás son optimistas e contan con poder mostrar o que fan e vender os seus produtos, como cada ano, ao longo de todo o período estival. Con todo, as profesionais da artesanía levan tempo denunciando o pouco compromiso das institucións sobre a súa situación. Argumentan que a pesar de que as súas actividades se levan a cabo ao aire libre, nunhas condicións por tanto máis favorábeis que outro tipo de ofertas culturais, se encontran cunhas normativas demasiado restritivas para poder desenvolver o seu labor de maneira rendíbel.
NOS_17418
O Breogán venceu en casa ao Valladolid (95-83), mentres que o Ourense superou ao Lleida (75-61).
Os equipos galegos da Liga Adecco Oro golpearon primeiro nas semifinais polo ascenso. Breogán e Ourense venceron en casa, con solvencia, e mantiveron o factor cancha na eliminatoria ao mellor de cinco encontros. De certificar o pase, os conxuntos do país loitarían na final pola única praza dispoñíbel na máxima categoría do baloncesto estatal. Ribeira Sacra Breogán Lugo 95 – 83 MyWigo Valladolid Empeceu o encontro mal para os xogadores do equipo lucense. O Valladolid impuxo o ritmo no comezo, pero o acerto ofensivo do Breogán conseguiu darlle a volta o resultado despois do descanso. Destacou de novo Álex Llorca, xogador mellor valorado do encontro. O escolta firmou unha actuación brillante, con 24 puntos, oito rebotes e sete asistencias, pero rematou o partido mancado e está en observación. Seguiuno Mamadou Samb, con 19 puntos, que pechou o partido cun triplo sobre a bucina. Ficha técnica Breogán, 80: Dani López (9), Llorca (21), Matulionis (5), Van Wijk y Mc Ghee (10) -quinteto inicial-. Sergio Sánchez (5), Mortellaro (11), Álex López, Samb (19) e Edwards. Valladolid, 65: Uriz (9), Rakocevic (7), Pino (7), Lucas (5) y Stobart -cinco inicial-. Montáñez (18), De la Fuente (17), Alvarado, Ucles (2) e Arranz. Parciais: 15-18, 23-18, 25-20, 17-9. Ourense Baloncesto 75- 61 Força Lleida O conxunto ourensán recibía a súa besta negra durante a temporada regular con ganas de revancha. No segundo cuarto, grazas a unha sólida defensa, conseguiu abrir unha diferenza de 10 puntos, que soubo xestionar a vantaxe para facerse coa vitoria. Guillermo Rejón e Marcos Suka-Umu foron os máis destacados, con dobres figuras, do Ourense Baloncesto. Ficha técnica Club Ourense Baloncesto (75): Rivero (9), Arco (7), Brothers (2), Fieler (9), Busma (9) –cinco inicial- Christian Díaz (8), Suka-Umu (10), Edu Martínez (5), Rejón (12) e Geramipoor (4). Actel Força Lleida (61): Simeón (6), Kaufmanis (13), Sevillano (1), Múgica (0), Guerra (10) –cinco inicial- Sutina (6), Kahlig (12), Fakuade (13), Alzamora (0) e Vallverdú (0). Parciais: 12-11, 18-9, 16-22, 29-19.
NOS_31579
O reconto apunta unha ampla maioría a favor dos enlaces entre persoas do mesmo sexo. É o primeiro país do mundo en aprobalo por votación popular. Partidarios e detractores confirmaron a vitoria do si horas antes da confirmación oficial.
Irlanda vota si ao matrimonio homosexual. O reconto do referendo celebrado este sábado revela unha ampla maioría a favor dos enlaces entre persoas do mesmo sexo, segundo informou a televisión pública RTE. Convértese no primeiro país do mundo en aprobalo por votación popular. O matrimonio homosexual será recoñecido no texto constitucional irlandés cos mesmos dereitos que o heterosexual. O apoio superaría o 60% nas principais cidades, segundo cifras provisionais. A participación foi alta entre os máis de tres millóns de irlandeses e irlandesas chamados a votar. Os medios locais sinalan o interese espertado pola votación, que superou a participación de outros comicios. Partidarios e detractores confirmaron a vitoria do si pese falta de anuncio oficial, que está previsto para as 19 horas. Todas as forzas políticas e medios de comunicación, así como as enquisas, mostraban unha tendencia maioritaria a prol da legalización dos enlaces. Todas as forzas políticas e medios de comunicación, así como as enquisas, mostraban unha tendencia maioritaria a prol da legalización dos enlaces. O ministro de Igualdade, Aodhán O'Ríordáin, foi o primeiro en avanzar o trunfo do si. Seguírono un bo número de deputados e representantes políticos. Incluso algúns dos máis destacados opositores aos matrimonios entre persoas do mesmo sexo. "Todo o mundo augura un si e iso parece ser o caso. É decepcionante", declarou John Murray, do instituto católico Iona e líder dos detractores. Irlanda xa recoñecera as parellas de feito do mesmo sexa en 2010, cando aprobou a lei de Relacións Civís. Unha medida que eludiu as presións dos grupos ultraconservadores e a Igrexa Católica, que pese a unha intensa campaña nesta ocasión polo non, tiveron que recoñecer a derrota no referendo convocado polo goberno de Dublín, de coalición entre conservadores e laboristas.
NOS_50619
A voz de Alba María é unha das grandes sorpresas do novo panorama musical. Gañadora do I Certame de Canción de Autora do Concello de Teo presenta o vindeiro domingo o seu primeiro disco Aínda, unha aposta de aCentral Folque.
Aínda, o primeiro disco de Alba María estase a sentir con forza nas novas propostas da nosa música. Con só 19 anos, a súa autora -creadora de música e letras- gañou o I Certame de Canción de Autora do Concello de Teo, no que presentará o seu primeiro traballo o vindeiro domingo. "Para min é unha sorte, un privilexio, poder crear e que a creación chegue á xente porque o feito de poder sacar á luz o que fas é xa motivo de alegría", comenta Alba María poucos días antes da presentación oficial do seu Aínda. Para esta súa primeira aparición con traballo propio, Alba María chega arroupada por aCentral Folque, en especial por Ramom Pinheiro e pola cantante Ugia que alentou o seu traballo desde o inicio. "Arroupáronme e déronme ferramentas para poder seguir creando. Desde o momento cero incitáronme á creación e déronme a seguridade que precisaba. Agradezo tanto o que me aprenderon como o que me aprenderán", comenta, a respecto dunha relación que mantén desde a súa chegada a Compostela para se formar como cantante. Con estilo propio, bebedora das músicas populares do mundo enteiro que trae a súa voz, a Alba María non lle custa recoñecer o maxisterio de Marful e a voz de Ugia. "Foron unha revolución. O que fixeron non o fixo ninguén, traer as músicas que se bailaban nos salóns nos anos cincuenta ou sesenta. Foron e son unha grande escola e unha importante influencia" afirma Alba María, estudante de Filoloxía Galega que conta poder conxugar na súa traxectoria as súas dúas paixóns, a música e a poesía. Gobernarse a si mesma "Non respondo á típica imaxe de cantante que obedece e executa. Tento crear e facelo ao meu modo, en consonancia cos músicos que me acompañan. Tento gobernarme a min mesma tamén na música e diso Aínda fala moito, varios dos temas falan desa necesidade de ser donas de nós mesmas", comenta contundente Alba María que está a recibir xa moitos parabéns polo seu primeiro disco, o que ela define como a peza que comporá no futuro o seu puzzle musical. As oito cancións de Aínda son agora a súa carta de presentación. Adiantan tamén unha carreira á que a autora se enfronta con entusiasmo, sabedora das dificultades mais tamén encantada coas posibilidades que lle dá. "Sei que o momento é cru e é difícil vivir da música mais eu acepto as cousas boas e malas. Polas boas vou loitar porque quero dedicarme á música aínda que sei que hai músicos máis consagrados que o están a pasar mal. Cando alguén di que quere é cantor ou cantora é fácil que alguén retruque dicindo "vale mais, que máis fas?" e iso significa que non damos valor ao que nós mesmos facemos", comenta, defensora como ela é da posibilidade de vivir da canción. Músicas populares do mundo enteiro "Gústame mesturar músicas populares de moitos lugares coa miña voz, co que aprendo de aquí. A miña técnica vén do tradicional, aí foi onde me formei como cantora e esas músicas populares son como espellos do meu país, nelas nos reflectimos", define, desas oito cancións polas que se senten variedade de ritmos canda unhas letras nas que busca suxerir a través de imaxes de grande potencia, con especial presenza daqueles temas nos que se fai eco de reivindicacións das mulleres. "Algúns temas son máis claros e outros máis escuros, para librarnos tamén do cadrado que temos na cabeza", afirma Alba María que quere co seu Aínda, como o nome indica, "recobrar as esperanzas do pasado, con esa ilusión que tanto precisamos". Músicos como Pedro Pascual, Óscar Fernández, Gutier Álvarez ou Felipe Villa colaboran neste seu primeiro disco que conta cos arranxos de José Manuel Díaz e Alejandro Vargas. Para os directos, Aínda presentarase cun cuarteto formado por Alba María (voz), Felipe Villar (guitarra), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Carlos Freire (percusións).
PRAZA_12743
Constituída por unha vintena de entidades, entre elas o SLG, ADEGA, Verdegaia, Fruga, Véspera de Nada ou a Asociación Galega de Apicultores, realiza tamén unha campaña de información para evitar que os propietarios de montes asinen os permisos para a fumigación aérea con Flufenoxuron, moi tóxico e prohibido pola UE.
A Plataforma contra as Fumigacións traballa por todas as vías para deter o proxecto de Xunta e Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL) de rociar dende o aire as plantacións de eucalipto cun pesticida, o fluxfenuron, prohibido pola UE e que non se poderá usar a partir do 1 de agosto, por ser nocivo para a saúde e especialmente prexudicial para as abellas. Este martes a Plataforma presentou en Compostela, unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente, unha vía xudicial que se une a un intenso traballo de difusión e presión. A Plataforma está constituída por unha vintena de entidades, entre elas SLG, ADEGA, Verdegaia, Véspera de Nada, a Asociación Galega de Apicultura A Plataforma está constituída por unha vintena de entidades, entre elas SLG, ADEGA, Verdegaia, Federación Rural Galega-FRUGA, Véspera de Nada, a Asociación Galega de Apicultura (AGA) ou algunhas asembleas 15M, así como cooperativas agrarias e de apicultura. Estes colectivos están centrando o seu traballo naqueles concellos e comunidades de montes que recibiron a oferta de Xunta e ASPAPEL de fumigar gratuitamente os seus terreos para protexer as súas árbores da praga do gorgullo. Así sucedeu, por exemplo, en Melide, Foz, Ponteareas e Porto do Son, onde se publicaron bandos pedindo que os propietarios desen a súa autorización, así como xuntanzas informativas convocadas pola Asociación Forestal de Galicia. En Porto do Son todos os membros da mancomunidade negáronse a asinar a autorización, segundo fontes da Plataforma. Neses lugares a plataforma iniciou un traballo de difusión e organizou actos de reivindicación, para pedirlles a todos os propietarios que non asinen a autorización sen antes informarse dos perigos. Como consecuencia, en Porto do Son todos os membros da mancomunidade negáronse a asinar a autorización, segundo fontes da Plataforma. Na petición aberta en Actuable para evitar estas fumigacións polo de agora asinaron 4582 persoas. Fumigacións contra o reloxo As entidades que conforman a plataforma consideran que Xunta e Aspapel teñen présa por realizar as fumigacións porque o fluxfenuron, excluído da lista de produtos fitosanitarios autorizados pola Comisión Europea, atópase aínda nunha moratoria, pero a partir o 1 de agosto o seu uso será ilegal. Jesús Asorey, presidente da AGA, salienta que "o propio fabricante do produto na súa ficha técnica pon que é tóxico para as larvas de abellas. E a Comisión Europea prohibiuno en setembro por consideralo perigoso, moi tóxico, persistente, e perigoso mesmo para as persoas, pois pode incorporarse á cadea alimentaria". Para a Plataforma o método elixido é un "despropósito", segundo Asorey, "pois a fumigación dende o aire provocará que o produto se espalle Ademais, o método elixido é un "despropósito", segundo Asorey, "pois a fumigación dende o aire provocará que o produto se espalle". Estudos como Uso de agroquímicos nas fumigacións periurbanas e o seu efecto nocivo sobre a saúde humana, de Jorge Kaczewer, afirman que até o 60% dos agrotóxicos dispersados por medios aéreos adoitan caer fóra do seu obxectivo e a expandirse a quilómetros de distancia del. Polo tanto, contaminarán o solo, os acuíferos e as fincas veciñas. O momento escollido para as fumigacións é ademais o de meirande sensibilidade para as abellas, e como sinalou Marga Míguens (ADEGA) en Radio Cerna: "agora mesmo estanse reproducindo, están aumentando as súas colmeas, para despois dividirse. Se agora se fumiga, provocaríase unha mortandade masiva". Así mesmo, a fumigación afecta a outras especies, indirectamente, pero de maneira moi grave, pois ao matar as abellas, tamén se interrompe o proceso de polinización. A Plataforma considera que a causa da praga de gorgullo está, precisamente, no monocultivo de especies coma o eucalipto, polo que aposta por outros modelos de monte, máis multifuncionais En Galicia poden estar afectados pola praga ao redor de 100.000 hectáreas de eucaliptais (a cuarta parte do total), en diferentes grados de afección, e para o que se precisaría coma mínimo un uso para a fumigación aérea dunha dilución duns 50.000 litros de Flufenoxurón e auga. A consellaría presenta este programa de fumigación como un plan integral de loita contra a praga, baseado na silvicultura preventiva, loita biolóxica e a loita química. Asorey indica que a loita biolóxica consistiría na sementeira nos montes galegos de dez mil bolsas de avéspora africana, que combate o gorgullo; porén, isto é incompatible coa loita química: "unha contradición total", segundo Asorey. A Plataforma considera que a causa da praga de gorgullo está, precisamente, no monocultivo de especies coma o eucalipto, polo que aposta por outros modelos de monte, máis multifuncionais, que tamén poden xerar grandes ingresos económicos, e non este tipo de explotación tan agresiva para o noso país. Extracto da denuncia presentada
NOS_47182
Volta e Dálle ofrece a súa visión crítica do sistema xudicial en clave de humor co espectáculo "Dura Lex", que estará o sábado 4 de outubro en Betanzos.
A crítica da xustiza tinguida de humor chegará este sábado 4 de outubro á Aula Municipal de Cultura de Betanzos co espectáculo "Dura Lex", da compañía Volta e Dálle. A obra, escrita e dirixida por Carlos Santiago e co actor Pepe Penabade como protagonista, recolle a historia dun xuíz expulsado da profesión que inventa unha máquina para facer xustiza, o Dura Lex Pro 1.0. Trátase dun invento "chamado a revolucionar os sistemas democráticos e os non democráticos tamén" que axiliza o procesamento, é imparcial e económico dado a eliminación de profesionais da xustiza, acuciada polos fortes recortes no ámbito xudicial. O monólogo céntrase na presentación do aparello, cun texto mordaz e ao tempo humorístico que analiza de maneira crítica a actualidade mais reflexiona ao tempo sobre conceptos como xustiza e democracia.
NOS_51064
Netanyahu e o exército teñen un abrumador respaldo da cidadanía na súa 'ofensiva' contra Gaza segundo enquisas da Universidade de Tel-Aviv ou do Canal 10. O pacifismo israelita, inerme. A oposición laborista afirma que de estar no goberno farían o mesmo.
Nove de cada dez israelitas xudeus (o 80% da poboación do Estado) apoian o que o seu exército está a facer en Gaza. Un respaldo sen fisuras (citada por El País en base a dados dunha enquisa do Instituto Pola Democracia da Universidade de Tel-Aviv,) á política de Netanyahu para Gaza. Nin as 1.300 persoas mortas nos ataques e bombardeos, nin as imaxes de nenos masacrados, nin o ataque indiscriminado a escolas, hospitais ou refuxios da ONU minguan o apoio a 'Bibi' (alcume de Netanyahu). O discurso de que "todo é Hamás" parece que dá resultado. Unha simple ollada ás redes sociais permite comprobar como contas persoais de cidadáns israelitas xustifican sen rubor a matanza de nenos porque son "escudos humanos de Hamas" ou "futuros terroristas de Hamas". O goberno de Netanyahu tivo a súa mellor valoración (8 sobre 10) o día en que comezou a intervención en Gaza A enquisa anteriormente citada indicaba que a mellor cualificación obtida polo goberno israelita (oito sobre dez) foi o día en que comezou a ofensiva terrestre en Gaza. Noutra sondaxe, tamén citada por El País, a do Canal 10, un 85% dos enquisados e enquisadas din estar "satisfeitos ou moi satisfeitos" de como Netanyahu está a liderar o país. Sen voces críticas As imaxes de israelitas asistindo desde cadeiras en outeiros ao bombardeo de Gaza como se dunha película se tratase, as declaracións de deputados do Parlamento israelita xustificando mesmo a violación de familiares de militantes de Hamas, a insensibilización dunha gran parte da sociedade israelita a respecto d@s palestinos...apenas xera debate en Israel. Neste ataque actual o pacifismo está inerme. Apenas é quen de xuntar uns centos de persoas contra o masacre en Gaza. A cifra de soldados ou reservistas que se negan a combater é baixa en comparación con 'Chumbo fundido' (2008) a 'operación' que tamén matara centos de civís en Gaza hai seis anos. E as voces e opinións críticas nos medios hebreos co actuar de Israel son máis que minoritarias. Nada desde logo en comparación cos postulados contrarios. A cifra de soldados que rexeitan participar nesta agresión militar a Gaza é moito menor que na 'operación 'Chumbo fundido' de 2008 O Horror que apoia o centro-esquerda. De feito, as principais críticas a Netanyahu veñen da extrema-dereita, que pide directamente aniquilar Gaza. A oposición laborista (definida nunha época como de centro -esquerda) recoñeceu por boca do seu lider Isaac Herzog que faría respecto a Gaza o mesmo que está a facer Netanyahu. Tan só o Partido Comunista e as formacións de árabes israelistas teñen o valor de denunciar e criticar o que está a pasar e falan de masacre e de "crimes de guerra". Na mesma liña, colectivos libertarios están a impulsar iniciativas na rúa de denuncia activa do "fascismo sionista", o que lles custou enfrontamentos con ultras ortodoxos e varios activistas detidos. Unha sociedade que presume de moderna e occidental en tantos aspectos é quen de xustificar matar crianzas en refuxios da ONU Mais son pequenos oasis, moi pequenos, nun deserto de insensibilidade nunha parte importante da sociedade israelita sobre os efectos e consecuencias do ataque do seu exército a Gaza. "É unha guerra contra o terrorismo" é a palabra de orde partillada por medios, opinadores e gran parte da cidadanía, á par que "é unha guerra para evitar que destrúan Israel". Noutrora, historiadores israelitas como Benny Morris ou Ilan Pappé tiveron o valor de denunciar en voz alta da política de "limpeza étnica" de palestinos por Israel. Un valor que semella que xa non existe hoxendía en Israel.
PRAZA_20027
Antonio Roma é elixido para un posto de coordinación con América Latina e deixa a instrución, que acumula máis de 30.000 páxinas, en mans dun "equipo de fiscais baixo a dirección do fiscal xefe". As vítimas critican que actuou como avogado defensor do Estado máis que como fiscal.
Antonio Roma é elixido para un posto de coordinación con América Latina e deixa a instrución, que acumula máis de 30.000 páxinas, en mans dun "equipo de fiscais baixo a dirección do fiscal xefe" O fiscal da investigación xudicial sobre o accidente de tren de Angrois, Antonio Roma, vén de ser elixido para un posto de coordinación da cooperación xudicial da Unión Europea con América Latina. Deixa así unha instrución na que durante preto de tres anos se negou a investigar máis responsabilidades que a do maquinista do tren. Só nos últimos meses, logo de que Audiencia Provincial da Coruña admitise varios recursos de vítimas e do propio condutor para que se analizasen posibles responsabilidades de Adif, cambiou Roma as súas teses e admitiu a necesidade de investigar máis alá. Agora, a súa marcha de Santiago deixará o caso nas mans dun "equipo de fiscais" que terá que facerse cunha instrución que acumula máis de 30.000 folios repartidos en máis de 70 tomos. Segundo fontes da Fiscalía, o caso Angrois será levado a partir de agora por "un equipo de fiscais baixo a dirección do fiscal xefe, sen prexuízo de que, avanzado o proceso, ese labor volva ser asumido por un só fiscal". Segundo a Fiscalía, "garantízase a continuidade e total normalidade do traballo do Ministerio Público na instrución do caso". As vítimas de Angrois critican que durante boa parte da instrución Antonio Roma actuase máis como avogado defensor do Estado que como fiscal Logo do accidente de tren do 24 de xullo de 2013, con 80 mortos e 144 feridos, o primeiro xuíz instrutor da causa sinalou posibles responsabilidades penais en Adif máis alá do despiste que sufrira o maquinista do tren por varias decisións da empresa pública que reduciron a seguridade na liña de alta velocidade Ourense-Santiago. Porén, Roma opúxose a investigar esas reducións de seguridade e rexeitou as imputacións de cargos de Adif que realizou o xuíz. Aquel instrutor pediu un cambio voluntario de xulgado por motivos persoais e o segundo xuíz, o actual, comezou o seu traballo asumindo as teses do fiscal e rexeitando calquera responsabilidade máis aló do maquinista. Non foi ata hai un ano, cando a Audiencia Provincial da Coruña ordenou ao xuíz reabrir a instrución e analizar as posibles responsabilidades de Adif, cando Antonio Roma mudou de postura e pasou a reclamar novas declaracións e probas nesa nova liña. As vítimas de Angrois critican que durante boa parte da instrución Antonio Roma actuase máis como avogado defensor do Estado que como fiscal. Na actualidade, xunto co maquinista está tamén imputado quen fora director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, que rexeitou declarar mentres a Audiencia non resolva o seu recurso contrario á súa imputación.
PRAZA_18919
A planificación do servizo estatal ata 2024 prevé 173 millóns de investimento en renovar remolcadores, equipos electrónicos ou de loita contra a contaminación, adquiridos estes tras o afundimento de 2002 e "próximos ao fin da súa vida útil"
A planificación do servizo estatal ata 2024 prevé 173 millóns de investimento en renovar remolcadores, equipos electrónicos ou de loita contra a contaminación, adquiridos estes tras o afundimento de 2002 e "próximos ao fin da súa vida útil""A causa do accidente do Prestige, o servizo [de Salvamento Marítimo] ten a súa estrutura, medios e coñecementos moi centrados na loita contra as verteduras de hidrocarburos. Na actualidade, as verteduras de hidrocarburos están diminuíndo e no seu lugar aumentan outros riscos sobre os que se ten menos preparación: o transporte de substancias químicas, lixos mariños, incluso emisións procedentes de buques e cambio climático, o que require formación e investimentos para transformar o servizo a medio prazo". Así analiza o plan estatal de Salvamento Marítimo para o período 2021-24 a situación actual e a evolución prevista para o servizo de cara aos vinte anos do afundimento do Prestige, accidente do que di que condicionou o deseño do servizo nestas dúas últimas décadas. O novo plan, aprobado polo Consello de Ministros do pasado 7 de decembro e feito público días despois [aquí o PDF], prevé un investimento nos próximos tres anos de 173 millóns de euros para, entre outras cuestións, renovar remolcadores e outras embarcacións menores, equipos electrónicos e equipos de loita contra a contaminación, dos que di que no caso dos empregados para os hidrocarburos "atópanse próximos ao fin da súa vida útil".Os plans plurianuais do servizo estatal de Salvamento Marítimo sufriron unha revolución tras o afundimento do Prestige en novembro de 2002, do mesmo xeito que a nivel autonómico a Xunta tamén se dotou de máis medios marítimos e aéreos cos que complementar os dispositivos estatais. O accidente "demostrou", di o novo plan estatal, que o documento que estaba en vigor naquel momento "non era suficiente para facer fronte a grandes catástrofes marítimas que supuxeran unha gran contaminación, o que motivou a elaboración dunha proposta de actualización". Como medidas máis urxentes adquiríronse catro buques polivalentes, ampliáronse os medios aéreos de detección de contaminación e creáronse novas bases loxísticas de loita contra a contaminación, entre elas unha en Vilar do Colo. E o seguinte plan multiplicou "case por sete" os investimentos do que había vixente no momento do accidente.O plan sinala como ameazas a "crecente presenza de lixo mariño" e o "aumento de tonelaxe dos buques porta-contedores con variedade de cargas, moitas delas potencialmente perigosas"Agora, a nova planificación plurianual parte dunha análise actualizada das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (DAFO) do servizo. No caso das ameazas, o documento sinala o aumento sostido das emerxencias de rescate de persoas, pero tamén a "crecente presenza de lixo mariño", o "aumento de tonelaxe dos buques porta-contedores con variedade de cargas, moitas delas potencialmente perigosas" e unha "regulación en materia medioambiental cada vez máis esixente". Nesa liña, o documento sinala a diminución das verteduras de hidrocarburos e o aumento do lixo e as emisións de gases e aposta por un reforzo do "control das emisións do tráfico marítimo" e "fomentar a vixilancia dos nosos mares como medida de prevención da contaminación mariña e impulso de novas capacidades de resposta ante os lixos mariños".Pola súa banda, no apartado de debilidades, o plan sinala que "os equipos de loita contra a contaminación (principalmente os relativos a hidrocarburos) atópanse próximos ao fin da súa vida útil". Así que o plan di que "renovaranse de maneira paulatina os equipos de loita contra a contaminación de maior antigüidade", "aumentarase a capacidade de resposta de determinadas unidades marítimas dotándoas de material anticontaminación específico de última xeración" e "valorarase o contar con unidades que teñan capacidade de recoller os lixos mariños, un reto cuxa importancia vai en aumento".Segundo o documento, o servizo estatal conta actualmente con 60 quilómetros de cercos de contención de hidrocarburos para portos, costa e alta mar, 17 campás de recolección, 46 separadores de hidrocarburos na superficie do mar ou 11 tanques de transferencia de hidrocarburo.O documento identifica como unha debilidade do actual dispositivo "a existencia de barcos con máis de 25 anos, así como o aumento significativo da idade media do resto das unidades" e prevé a súa progresiva renovaciónEn liña co aumento sostido das emerxencias de rescate de persoas que se sinala no apartado de ameazas, o documento tamén advirte como debilidade a "falta de recursos humanos suficientes que permitan responder de forma sostida a tendencia á alza no número de rescates así como os novos retos e servizos prestados". Igualmente, tamén é unha debilidade "a existencia de unidades con máis de 25 anos, así como o aumento significativo da idade media do resto das unidades", o que "conduce a que a operatividade da flota estea baixando e os custos de mantemento aumenten". Nesa liña, o groso do investimento de 173 millóns previstos ata 2024 irá destinado á renovación da flota, con 65,4 millóns para remolcadores e algo máis de 30 millóns para o resto de embarcacións. Outros 30 millóns van para a renovación de equipos electrónicos dos Centros de Coordinación de Salvamento (CCS), 20 en todo o Estado dos que en Galicia hai varios, ligados aos portos de Vigo e A Coruña, así como en Fisterra, a cargo este último do denominado dispositivo de separación de tráfico que regula o paso de buques fronte ao cabo e que foi ampliado tras o Prestige.
NOS_44585
Aínda que, nin moito menos, deixaron de producirse cancelacións, o panorama galego de música ao vivo trata de, na medida do posíbel, recuperar o pulso na procura da normalidade, como acreditan casos como o do Noroeste da Coruña.
Non é o mesmo, claro que non. Accesos con invitacións nominais reservadas a través de sistemas dixitais, aperturas de portas horas antes dos espectáculos, obriga de estar permanecer sentadas, de uso de máscara, de distancia, de abandonar a butaca ao finalizar o concerto... Esa é a realidade que se ven obrigadas a afrontar as organizadores de festivais e concertos de música ao vivo na Galiza. Por suposto, hai quen optou pola cancelación, pero casos como o do Festival Noroeste demostra que, con todo, é posíbel achegar un chisco de normalidade á anormalidade. Hoxe afronta a súa derradeira xornada, na que a través de varios escenarios repartidos por diversos puntos da cidade desenvolveranse ao longo de todo o día numerosos espectáculos musicais, comezando ás 13 horas por The Soul Jacket na praza de Santa Margarida e, ao mesmo tempoa, Bush Doctors no Campo da Leña. Neste último concerto, as persoas usuarios da Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo (Acopros) poderán probar dúas mochilas vibratorias para gozar do reggae da banda galega. Porén, os pratos fortes serán pola noite, con Baiuca no Parque de Santa Margarida (20 horas) e o rock de Mujeres na Praza de María Pita (20 horas), que darán paso aos populares Marlango.
QUEPASA_340
Todos e cada un dos clubs do Fútbol da Costa veñen de asinar este comunicado de apoio ao Real Club Deportivo da Coruña no marco desta polémica situación co caso Fuenlabrada.
COMUNICADO DO FÚTBOL DA COSTA EN APOIO AO DEPORTIVO A costa da Morte é unha bisbarra de moi fonda raigame e tradición futbolística, aquí sentimos o fútbol de xeito especial e ese sentimento levámolo canda nós en incontables ocasións ata o estadio de Riazor cando xoga o R.C. Deportivo da Coruña, clube referente do noso fútbol. Dito isto, e ante as graves consecuencias que esa inexistente derradeira xornada de Liga da Segunda División pode acarrear para o equipo herculino, o fútbol da Costa da Morte apoia as medidas levadas a cabo polo propio clube, pero tamén as de institucións coma o Concello da Coruña e a propia Xunta de Galicia, despostas a esixir todas as responsabilidades que sexan precisas, encamiñadas a clarexar as posibles neglixencias nas que se houbese podido incorrer. O fútbol tamén é solidariedade, veciñanza e encarna uns valores que endexamais deben lixarse. Velar por eles significa implicarse ante as dificultades. A igualdade é a base do xogo limpo, e sen esa premisa calquera competición fica adulterada e perde sentido. Por iso mesmo, todos os abaixo asinantes estamos co Depor, e neste intre todos na Costa da Morte, vestimos a camisola branquiazul. SD AMEIXENDA CD BAIÑAS CD BAIO BERGANTIÑOS CF SCD BUÑO CABANA SD CAMARIÑAS CF CAMELLE SD CF CASTRELO CASTRIZ SD UNION CLUB CEE UD CERQUEDA UD CORCUBION CORISTANCO SD CORME CF DUMBRIA CF ESTEIRANA SD FISTERRA SD SD LAXE CF LIRA SCD MALPICA MAZARICOS CF UD MONTELOURO CD MUROS MUXIA CF CD NANTON O OUTES FC SD OZA A PEREIRIÑA PORTEÑO CF PUENTECESO SD SAN LORENZO SD SOFAN SD SONEIRA SD SPORTING SEAIA CF VOLANTES DE BAÑO FC XALLAS FC SPORTING ZAS
NOS_7498
O amigo dun dos agredidos afirma que o ataque foi só "violencia gratuíta". "Non nos roubaron nada". Todo apunta a que os autores da agresión son ex boixos nois.
Comeza a se despexar a confusión arredor dos sucesos acontecidos esta cuarta feira á noite, após o xogo de Champions entre o Barça e o PSG (3-1). Finalmente, foron dúas as persoas -de nacionalidade francesa, seareiros do Paris Saint Germain- as que resultaron agredidas. Foron incidentes isolados entre si e en aparencia protagonizados por distintos grupos de violentos. De acordo con o declarado por unha testemuña -o amigo dun dos agredidos-, todo aconteceu moi rápido. "Foron 20 segundos e liscaron, non nos roubaron nada, simples violencia gratuíta", dixo á radio pública catalá. O ferido continúa ingresado por lesións na pleura, mais está fóra de perigo. Poucos minutos despois deste ataque produciuse unha agresión similar, a escasa distancia da primeira. Tres mozos do PSG foron asaltados. Un deles, ferido con arma branca. Xa foi dado de alta. Os Mossos temen que estes episodios sexan o síntoma da reorganización dos "casuals", a facción máis violenta dos boixos nois, a claque blaugrana que foi expulsa do Camp Nou durante o mandato de Laporta ao fronte da presidencia do Barça.
NOS_54672
Cunha produción máis modesta que outros selos, ninguén dubida porén que a editorial Alvarellos leva anos a ofrecernos unha liña de novidades sumamente orixinal, capaz de reparar moitas veces en eidos deixados de lado por outras editoriais e sempre cun ton persoal, tan apreciábel nun proxecto destas características.
Ao lado da recuperación histórica de personaxes e eventos pouco coñecidos da historia local, ou do lanzamento de voces inesperadas da creación literaria, hai que destacar a importancia que a casa compostelá leva dando tamén á literatura infantil. A nena que abrazaba as árbores / Henrique Alvarellos / Ilustracións de Xulia Nieto Pereira / Avarellos / 2020 / 32 páxinas / 14 euros A colección Verdemar, de álbums ilustrados, combina autores galegos con traducións, e a mediados deste convulso 2020 viuse incrementada coa aparición de O meu avó e o queixo, de María Reimóndez, e este A nena que abrazaba as árbores do que hoxe nos ocupamos. Temos que ter claro que estamos ante un álbum infantil, é dicir, que unha gran parte do protagonismo o teñen as ilustracións de Xulia Nieto Pereiro, debuxos que enchen cada unha das páxinas da obra, caracterizados polo trazo nebuloso da acuarela, concedendo moita importancia ás texturas e cunha perspectiva na que adiviñamos un certo compromiso coa altura e actitude coa que as crianzas miran o mundo, apegada ao chan e interesada polos detalles. Conxugando por unha vez o duplo papel de autor e editor, e nunha das súas primeiras obras dedicadas ao público máis novo, Henrique Alvarellos ofrécenos unha historia máis ben descritiva, co encontro das crianzas co medio natural como centro. Algo máis que un simple paseo polo bosque, a peza propón acompañar a descuberta da súa protagonista das árbores como seres vivos, algo que comeza cunha simbólica aperta a un freixo, animada polos seus pais. Este feito marca o comezo dunha intensa conexión da nena coa árbore, unha perspectiva que, a pesar do que poida evocar o título e este punto de partida, aparece tramada sen excesivos misticismos, e si con moita presenza do coñecemento obxectivo. Desde a forma na que as árbores (os freixos, neste caso) respiran, a súa contorna "familiar" no bosque ou a relación amigábel (e ás veces non tanto) con algúns animais. Trátase dun achegamento entre a tenrura a perspectiva científica que culmina coa aprendizaxe sobre o ciclo da vida: as árbores morren, pero deixan brotes que os continúan, e que podemos seguir admirando e coñecendo. O libro inclúe unha ficha detallada con información sobre os freixos, o complemento ideal para aprender a amar e entender a natureza.
PRAZA_16297
O nacionalismo galego mentres non teña esa maioría autonomista, é dicir sexa forte en Galiza, seguirá retrasado e penso que máis que por un problema de discurso por unha cuestión de estratexia, independentemente dos condicionantes obxectivos que propician unha indiferencia poboaciónal sustancial cara o nacionalismo.
Parece evidente que a idea de declarar o goberno autonomista catalán unilateralmente a autodeterminación de Catalunya e polo tanto autoproclamarse como Estado republicano independente foi unha boutade que lle custou moi cara aos independentistas. Na realidade tiñan que ver que era algo imposible, aínda que ao mellor considerasen, inxenuamente, a reacción que tivo o goberno español como impensable. Formular unha secesión pacífica contra a oposición do Estado no que se está integrado, sen contar cunha inmensa maioría da poboación, tendo na contra a todos os Estados da UE, sen recoñecemento por ningún país do mundo, e sobre todo sen a forza física (armada claro) para impoñela, que na realidade é a que avala á represión lexislativa pois doutro xeito as decisión xudiciais serían papel mollado, deberían supoñer que era unha auténtica utopía. A estratexía do goberno catalán pode que fose moi heroica pero resultou un fracaso para a consecución dos seus obxectivos e o que é pior para o seu futuro, porque repoñerse da situación de incerteza e diverxencias na que se atopan os partidos independentistas levará o seu tempo, máis aínda cando evidenciase agora que o goberno está disposto a castigalos sen piedade á vista dos frutos que está recadando onde ten todo a favor a nivel internacional e a nivel estatal, cuns medios de comunicación maioritariamente favorables, partidos políticos estatais importantes como PSOE e Ciudadanos tamén e unha cidadanía cada vez máis española, máis centralista, con máis odio aos cataláns e polo tanto encantada de que cantos máis metan, na cadea mellor. O independentismo en Catalunya é unha forza o suficientemente potente e relevante como para exercer unha influencia fundamental no funcionamento democrático dunha Catalunya onde os seus valores culturais no sentido máis amplo ocupen un lugar destacado na súa política e na vida social de xeito que marquen a súa diferenza identitaria, como na realidade xa viñan facendo, sobre todo contando co poder da Generalitat, á vez que se impliquen en xerar un desenvolvemento social adecuado ás exisencias dun verdadeiro estado social e ás características do país. Preocuparse por afondar nisto, bordeando a Constitución tendo en conta os tempos que corren, significará unha presión sobre ela sempre presente, o que sería unha estratexia máis acaída para os seus intereses a máis longo prazo. Os nacionalistas vascos, que tamén son fortes na súa nación, a vista do sucedido en Catalunya pode que mesmamente estean nesa tesitura. O nacionalismo galego mentres non teña esa maioría autonomista, é dicir sexa forte en Galiza, seguirá retrasado e penso que máis que por un problema de discurso por unha cuestión de estratexia, independentemente dos condicionantes obxectivos que propician unha indiferencia poboaciónal sustancial cara o nacionalismo. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad02cf6c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad02cf6c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=350&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad02cf6c' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=350&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad02cf6c' border='0' alt='' /></a>
NOS_29554
O concerto, que leva por nome "Camiñar sen fin. Concerto para Narf", terá lugar esta cuarta feira día 30 de agosto na capital galega (21 horas, Praza da Quintana). No encontro participarán máis de 30 artistas de diferentes países que celebrarán o legado artístico de Fran Pérez, Narf, cun espectáculo especial.
Neste concerto a música de Narf (1968-2016) será a protagonista exclusiva. Dende a organización afirman "fuxir das ideas homenaxe/tributo/lembranza" para abrazaren as ideas de "celebración/concerto/encontro/festa". Este encontro pretende ser, en palabras das e dos organizadores, unha panorámica da extensa produción musical do artista, unha figura central na música popular galega durante as últimas décadas. Sobre o cenario, artistas que partillaron a vida musical de Fran Pérez, intérprete e compositor que, co rock como linguaxe básica, dominou unha enorme amplitude de rexistos musicais, sempre aberto a investigar e a fusionar. Un espírito libre e inquieto sen o cal é imposíbel historiar a música galega contemporánea. En total serán máis de trinta colaboradores de Narf os que están convocados a este evento. Chegan de Mozambique, Portugal, Euskadi, Inglaterra e por suposto, Galiza. Entre eles, Carlso Santiago, Marcos Teira, Timbila Muzimba ou Uxía e Quico Cadaval. O concerto, dirixido musicalmente por Marcos Teira, terá as cancións de Narf como punto de encontro. Aparte das convidadas e convidados, no palco termará do espectáculo unha banda de base. Tamén se contará coa presenza destacada do mundo do teatro galego. O espectáculo está organizado pola asociación Cidade Vella e o Festival Feito a Man, xunto coa Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, co apoio de AGADIC. O concerto será na Praza da Quintana ás 21:00h e, en caso de choiva, trasladarase ao Auditorio de Galicia.
NOS_21042
O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, defendeu a súa decisión de contratar 500 médicos cubanos para cubrir as rexións máis periféricas do país, ante o rexeitamento de asociacións do gremio que o consideran discriminatorio.
Andrés Manuel López Obrador, xefe do Executivo mexicano, vén de xustificar a súa decisión de asinar un convenio con Cuba para a contratación de 500 profesionais da Medicina. O gobernante indicou que México ten un déficit duns 50.000 profesionais médicos xerais e especialistas, e que moitos deles se resisten a ser asignados a zonas afastadas ou de difícil acceso. A decisión foi criticada por parte de asociacións médicas do país, que consideraron que supón un trato discriminatorio para os profesionais mexicanos. Estados de América Latina enfrontan o espolio das súas reservas de litio Estas asociacións rexeitan que o Goberno acuda a estes doutores por considerar que con iso "relégase de maneira inxusta" a profesionais do país. "Estes médicos estranxeiros non reúnen as competencias requiridas, non teñen funcións debidamente especificadas, non contan cos requisitos estabelecidos polas leis vixentes", manifestaron recentemente nun comunicado diversas federacións, asociacións e colexios médicos de México. O mandatario mexicano descualificou esas declaracións por considerar que os seus autores defenderon no pasado un sistema de corrupción que converteu o estudo do medicamento e o acceso á saúde nun privilexio para poucas persoas. Ademais, insistiu en que o país non conta con eses profesionais debido a que o "sistema de corrupción" de anteriores Gobernos deixou de investir en saúde e educación. A contundente vitoria de López Obrador abre a porta a unha mudanza de réxime en México "Cal é o compromiso que nós temos? Garantir o dereito á saúde. A eses médicos (que se opoñen ao convenio con Cuba) conservadores e os seus patrocinadores, aos donos de laboratorios e ás grandes clínicas privadas non lles gusta a gratuidade na saúde, porque eles consideran que a saúde é un privilexio, que poida ser atendido o que ten diñeiro para pagar un hospital, os medicamentos, os estudos clínicos. E non, a saúde é un dereito", defendeu. López Obrador solicitou a contratación destes médicos ao seu homólogo cubano, Miguel Díaz-Canel, durante unha visita á Habana o pasado 8 de maio, na que tamén se acordou comprar á illa vacinas pediátricas contra a Covid. As autoridades mexicanas xa empregaran un número similar de profesionais cubanos en 2020 para atender a pandemia do coronavirus. Segundo dixo, os médicos cubanos serán enviados a zonas como Tlapa, municipio do estado de Guerrero, no sur de México, considerado como un dos máis empobrecidos do Estado. López Obrador lembrou que, como parte do proxecto para instalar centros de rehabilitación para crianzas con discapacidade da Fundación Teletón, el mesmo propuxo construír o próximo deses espazos en Tlapa, e que, tempo despois, a fundación informouno de que non había forma de levar o centro a esa zona debido a que os doutores non desexaban ser destinados para traballar a esta zona. O presidente de México tamén aludiu á situación da sanidade noutras zonas do Estado mexicano: "Cando empezou o Goberno fixen un percorrido polos 80 hospitais do Instituto Mexicano do Seguro Social, que eran e seguen sendo do mellor, fun aos tres hospitais de Iucatán e en ningún había pediatras, e así segue. Entón estamos a contratar a todos os médicos (de México), mais como xa sabemos que non imos ter para cubrir toda a rede de centros de saúde, de unidades médicas rurais, de hospitais, pois por iso xa estamos a facer este convenio de traer 500 médicos cubanos". Os EUA deciden aliviar as sancións contra Cuba Por outra parte, Estados Unidos de América (EUA) informaron de que restabelecerán os voos comerciais a Cuba, alén dos que xa tiñan lugar con destino á Habana. Tamén anunciaron o aumento dos servizos consulares e o procesamento de visas e remesas a cidadáns de Cuba. Estas medidas reverten algunhas das máis de 240 sancións impostas durante a Administración Trump. Cuba fai un donativo de millares de vacinas ao pobo saharaui "Os anuncios non modifican en absoluto o bloqueo, nin as medidas principais de cerco económico tomadas por Trump, como as listaxes de entidades que están sometidas a medidas coercitivas adicionais, nin elimina as prohibicións ás viaxes de cidadáns dos EUA ao noso país", subliñou o Ministerio de Exteriores cubano.
NOS_46203
Subvencións para entidades deportivas sen ánimo de lucro e a organización de grandes eventos
A Deputación da Coruña inviste 1.550.000 euros "para dar apoio" ás entidades deportivas sen ánimo de lucro na organización de grandes eventos e na participación de equipos e deportistas en competicións nacionais e internacionais. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar as bases destas subvencións, a través das que o ente provincial busca "promocionar a actividade deportiva, promocionando o deporte de base e as competicións de alto nivel". Así pois, a Deputación inviste 1.050.000 euros para apoiar clubes deportivos con equipos ou deportistas que participen en competicións federadas de ámbito estatal ou internacional. O obxecto deste programa é "financiar os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas", explican. Entre os deportes apoiados figuran o atletismo, baloncesto, balonmán, béisbol, duatlón, fútbol, fútbol sala, halterofilia, hockey, kayac polo, rugby, tenis de mesa, traíñas, voleibol, triatlón e deportes náuticos, aínda que só poderá solicitarse unha subvención por modalidade deportiva e categoría. Por outra banda, a Deputación da Coruña tamén destina 500.000 euros para financiar "eventos de gran repercusión no territorio", tanto a nivel deportivo como social e económico. As contías dirixidas ás diferentes entidades poderán oscilar entre un mínimo de 6.000 euros e un máximo de 70.000 euros, e permitirán sufragar gastos como a compra de bens destinados á actividade, material para protexerse da Covid-19, transporte ou publicidade, entre outros. Como requisitos para presentar un proxecto están que o evento figure incluído no calendario de competicións oficiais e que cada entidade presente só unha iniciativa. A deputada responsábel da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia de programas como estes á hora de "impulsar equipos e deportistas da provincia, dando apoio ao deporte galego nas diferentes categorías e disciplinas para situalo na vangarda". As solicitudes a ambas as axudas deberán presentarse de modo telemático a través da plataforma Subtel da Deputación e o prazo para facelo determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da Coruña.
PRAZA_12999
A Fegamp difunde un manifesto a prol da "autonomía municipal" e arrefría os plans expostos por Feijóo co anuncio da integración de Oza dos Ríos e Cesuras
A proposta saíu da cociña gobernamental pouco antes do debate de política xeral, comezou a arrefriar apenas vinte e catro horas despois e este mércores os alcaldes e alcaldesas véñeno de enviar ao conxelador. As fusións municipais, presentadas polo presidente da Xunta como proposta estrela no derradeiro debate do estado da autonomía desta lexislatura, non gustan nada na Federación Galega de Municipios e Provincias, a asociación que agrupa os gobernos municipais de Galicia. Mentres seguen sen chegar novidades dos concellos elixidos como banco de probas da idea, Oza dos Ríos e Cesuras, ás dúbidas e críticas iniciais, xurdidas esencialmente dende PSdeG e BNG, súmase agora o foro de representación dos entes municipais, gobernados na súa amplísima maioría polo PP, a través dun manifesto en defensa da súa "autonomía". A Fegamp amosa preocupación polo "debate equívoco" que presenta as fusións como "única saída" Por iniciativa do presidente da entidade, o tamén alcalde popular de Ferrol, José Manuel Rey, o texto, "consensuado polos tres grupos con representación na Executiva", debulla a complexa situación económica e financeira que atravesan os concellos e amosan a súa preocupación polo "debate equívoco" suscitado "nos últimos meses" sobre "a solución aos problemas do mundo municipal, establecendo como única saída a fusión forzosa de concellos". É precisamente esa adxectivación, "forzosa", o que lle permite á Fegamp fuxir dunha confrontación directa coa Xunta e o seu presidente -que mantén que as fusións polas que el aposta son "voluntarias"-, se ben as críticas ás integracións transcenden a maneira en que sexan iniciadas. A Fegamp está "en desacordo con esta fórmula", dado que a súa "aposta" pasa por "modelos de cooperación e colaboración entre entidades locais que permitan soster os servizos públicos" e, ao tempo, "respectar a identidade política dos municipios á vez que se comparten responsabilidades administrativas". Isto é, colaboración si, fusión non. A Fegamp abonda no arrefriamento do énfase das fusións lembrando de onde "emana" a autonomía dos concellos. Esta xorde da Constitución, subliñan, que lle outorga aos "alcaldes e alcaldesas" o "dereito para decidir, xunto cos seus veciños, o futuro dos municipios". "Calquera modificación do mapa municipal haberá de pasar por un proceso de diálogo cos representantes lexítimos das entidades locais", din. Antes de calquera mudanza, advirten, "urxe delimitar os espazos competenciais de cada Administración e garantir o financiamento necesario para a súa aplicación". Dificultades financeiras e rexeitamento de Baltar Baltar rexeitou a proposta de Feijóo, "dende o respecto" ao presidente, poucos días despois de ser lanzada Porque o problema é, esencialmente, de cartos. "Os concellos de Galicia atravesamos momentos de enorme dificultade económica", alerta a Fegamp, que se laia dun sistema de financiamento "obsoleto e insuficiente" ao que se engadiu "unha capacidade recadatoria centrada no sector da construción" que "condicionou as arcas dos concellos na actual conxuntura", de caída da actividade inmobiliaria. "A persar diso, as entidades locais temos actuado con responsabilidade e lealdade", salientan, mesmo reducindo o volume total da débeda o pasado ano, sendo as que "menos contribuímos á desviación do déficit público, con apenas oito centésimas sobre o 2,51% total". "Unha vez máis quedou de manifesto que os concellos non somos os culpables do endebedamento", advirten. Este rexeitamento ás fusións é, probablemente, o máis enérxico dos pronunciados dende que Feijóo lanzar a súa proposta de fusións, pero non é o primeiro. Non en van, poucos días despois do debate de política xeral do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen, "dende o respecto" ao presidente, se preguntaba "para que" servían as unións de concellos. O obxectivo das posibles fusións, dicía, debía ser "dar mellores servizos aos cidadáns" e, no caso ourensán, "iso veno facendo a Deputación dende hai anos" sen menoscabar a "identidade política" de ninguén. "A Deputación de ourense é o maior fusionador de concellos, de facto, que existe en Galicia", afirmaba.
PRAZA_623
O alto comisionado, que segue en funcións, insta a "intensificar as políticas sociais" fronte a "problemas graves" como a pobreza enerxética ou os desafiuzamentos. Sanidade volve ser o departamento da Xunta que aglutina maior número de reclamacións.
Un ano récord. As mobilizacións cidadás vinculadas á crise económica ou aos recortes de dereitos sociais converteron o 2014 no ano no que "a institución recibiu o maior número de expedientes de queixa da súa historia". Os datos do informe de actividade do alto comisionado referidos ao pasado ano e presentados este mércores en Compostela reflicten que o Valedor tramitou un total de 24.149 expedientes diferentes, dos que 37 foron "promovidos de oficio pola propia defensoría" e o resto, por persoas que, por iniciativa individual ou, sobre todo, colectiva, pediron intermediación ante as autoridades para resolveren os seus problemas. Os abusos bancarios foron os principais protagonistas deste récord de queixas, que supón ademais un medre de case o 30% a respecto de 2013. Algo máis de 6.300 persoas presentaron ante o Valedor a súa queixa "sobre desfiuzamentos, cláusulas solo e demais cláusulas abusivas das entidades bancarias". O segundo asunto con maior volume de queixas foron as deficiencias na "atención urxente na cirurxía pediátrica no Complexo Hospitalario de Ourense", con máis de 4.600. Destacan tamén, en terceiro lugar, as máis de 2.800 reclamacións para rexeitar a contrarreforma da lei do aborto que prevía o Goberno central e as 2.000 sobre o polémico concurso de traslados da Consellería de Educación. Os abusos bancarios encabezan as queixas colectivas A "degradación do sistema político español", a pretensión de construír un acceso a un aparcadoiro privado sobre un parque público no barrio compostelán de Galeras ou a protección da colección artísitca das antigas caixas foron outros dos asuntos dos máis de 21.000 tramitados como resultado de queixas colectivas nun ano no que os asuntos abordados polo Valedor -as queixas referidas ao mesmo tema contabilízanse como un só asunto- foron 2.310, un 16% menos que en 2013. Como en anos anteriores, os asuntos sociais en sentido amplo capitalizan as queixas e tamén as reflexións do titular en funcións da institución, José Julio Fernández, durante a presentación do informe. Así, exemplo, o Valedor insta por segundo ano consecutivo a abordar dende as Administracións públicas a pobreza enerxética, un "problema actual que sofren moitas familias que contan con persoas desempregadas, xubiladas ou de avanzada idade con escasos recursos económicos". O Valedor coida que a crise "puxo de manifesto" a "necesidade urxente dunha atención específica" á pobreza enerxética en Galicia Partindo da base de que resulta "inasumible" que compañías con "millóns de euros" de beneficios anuais deixen sen subministro eléctrico durante o inverno as familias que non poden pagalo o Valedor explica que en Galicia "este problema permaneceu en estado latente durante algún tempo. Apenas un mes despois de que o PP rexeitase que a Xunta evitase os cortes de luz a quen non a poida pagar e mesmo dubidase do concepto mesmo de pobreza enerxética o Valedor evidencia que "a crise económica puxo de manifesto" tanto a "existencia" do problema "como a necesidade urxente dunha atención específica, como tivemos ocasión de estudar nalgúns expedientes de queixa", indica. Causas coñecidas como "baixos ingresos, calidade insuficiente da vivenda, prezos elevados da enerxía ou prezos elevados dos alugueres", describe o informe, dan lugar a "consecuencias variadas" entre as que destacan a "temperatura inadecuada da vivenda" ou a "incidencia sobre a saúde física e mental". Todas estas circunstancias, resalta o Valedor, afectan especialmente "aos nenos e aos anciáns", polo que ademais de axudas puntuais como as xa existentes no Goberno central e na Xunta "é necesario o establecemento duns prezos sociais ou tarifas reducidas subvencionadas para as persoas en situación de vulnerabilidade" que permitan "dispoñer do mínimo indispensable para gozar dunhas condicións de vida minimamente dignas e saudables". Sanidade volve encabezar as queixas ás consellerías Case o 40% das queixas formuladas ante o Valedor durante o 2014 referíanse a asuntos competencia da Xunta e destes, máis do 60% á Consellería de Sanidade, que un ano máis recunca como a principal destinataria das reclamacións. Tras o departamento sanitario as consellerías con máis queixas son as outras dúas do ámbito social: Educación, con algo máis de 2.000 e Traballo e Benestar, que suma algo máis de 700. A política da Xunta en materia social foi, precisamente, unha das cuestións polas que tivo que responder José Julio Fernández durante a presentación do informe de 2014. Despois de considerar en rolda de prensa que "o Estado social non pode crecer ilimitadamente", reflexionar sobre as "disfuncións" na aplicación da lei de dependencia e despois de valorar que "as políticas sociais están sendo de sete" nunha escala de 0 a 10, o rebumbio xerado levouno a matizar as valoracións. Tras o rebumbio xerado o Valedor matizou que apoia "intensificar as políticas sociais" e que lle deu un sete ao labor social "en toda Europa", non só na Xunta Nun comunicado remitido aos medios horas despois da comparecencia o Valedor sinalou, "ante certa confusión apreciada nalgunhas informacións", que "entende que a categoría de Estado socail é esencial nunha democracia" e, ademais, que "resulta imprescindible axudar a aqueles que o necesitan", polo que "na situación de crise actual" cómpre "intensificar as políticas sociais fronte a problemas graves" como a pobreza infantil ou a pobreza enerxética". "Se se constrúen políticas sociais ilimitadas estaríase a dar cobertura mesmo ás persoas millonarias, que non o necesitan", matiza o alto comisionado, que indica ademais que ao "puntuar con notable as políticas sociais estase a referir a todas as políticas sociais de Europa (UE, Estado, comunidade autónoma, provincias, municipios)" e non unicamente ás da Xunta.
NOS_18448
José Manuel Soria responsabiliza a Alcoa de non poxar adecuadamente, o que espera que faga na vindeira poxa.
José Manuel Soria responsabiliza a Alcoa se atoparse na situación na que está por non participar adecuadamente na última poxa de interrumpibilidade, polo que non obtivo prezos máis baratos para a enerxía consumida. O ministro agarda que isto poida reverter na vindeira poxa, a realizar antes de que finalice o ano. Esta foi a resposta que esta cuarta feira deu durante a sesión de control do Goberno no Pleno do Congreso, informa Europa Press. O ministro afirmou que Alcoa "baixou o suficiente" a súa poxa na subasta para acadar os bloques de 90MW que precisaba para a súa factoría de San Cibrao (Lugo), mentres que non fixo a poxa "nese mesmo criterio" para A Coruña e Avilés.
NOS_15890
O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, deixou sen responder as preguntas que lle realizaron no Parlamento Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG) sobre a confesión de Luis Bárcenas na Audiencia Nacional, que desvela a existencia da Caixa B do PP galego e uns movementos irregulares en 2010 que terían acontecido cando Feixoo xa era presidente do PP galego e da Xunta. "É un 'culebrón' contra o PP", aseverou o mandatario galego.
Con insistencia aferrouse á pandemia o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, para eludir as preguntas que a oposición lle realizou no Parlamento sobre as supostas irregularidades na contabilidade vinculada ao PP galego e as conexións desta coa caixa B da formación a nivel estatal durante os anos en que o propio Feixoo xa estaba á fronte da Xunta e do PPdeG. Lonxe de responder ás preguntas de nacionalistas e socialistas, Feixoo lanzoulles un reproche por "faceren" que a caixa B protagonizase a sesión de control ao Goberno galego "en plena pandemia" e mentres se tenta evitar unha cuarta onda. O presidente chama a oposición "guionistas de 'culebrón'" Os partidos xa anunciaran que interrogarían o presidente logo de que o pasado 8 de marzo o ex tesoureiro popular, Luis Bárcenas, declarase na Audiencia Nacional, no marco do xuízo sobre a caixa B do partido, que en 2010, o PP de Pontevedra entregou 50.000 euros en negro na sede de Xénova (Madrid), cantidade que, segundo confesou, foi repartida en dous sobres de 25.000 euros cada un e entregados a María Dolores de Cospedal (secretaria xeral do partido daquela) e a Mariano Raxoi (por entón presidente do PP e xefe do Executivo español). Feixoo defendeu no pleno a xestión da súa formación e do seu Goberno e afirmou que el foi dos primeiros "en advertir a lamentábel conduta delituosa de cargos relevantes do PP e en pedir desculpas [...] E aproveito para volver facelo", apostilou. Ao que a líder do BNG, Ana Pontón, respondeu: "A data [da irregularidade informada por Bárcenas con orixe no PP de Pontevedra] é 2010 e vostede é presidente do PP desde 2006, así que ten toda a responsabilidade neste asunto". A nacionalista coincidiu co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en reprochar a Feixoo que se escude "na pandemia" para "tratar de tapar" a corrupción no PP. De facto, o socialista afeoulle un "exercicio de irresponsabilidade" por protagonizar "unha fuxida cara a adiante" sen dar "explicacións". "O problema non é preguntar por corrupción, senón que a haxa, e a súa corrupción roubou millóns de euros á cidadanía deste país", apostilou Pontón. "Cantos cartos perdeu a sanidade pública porque foron roubados pola Gürtel, cantas residencias se poderían ter construído ou cantas axudas se poderían ter concedido aos sectores afectados pola crise cos cartos roubados pola trama Gürtel do PP?", insistiu Pontón. Pontón pide crear unha comisión para investigar a suposta caixa B do PP galego Após Feixoo acusar a oposición de exercer de "correspondentes dun culebrón televisivo falando de Madrid", Caballero incidiu en que empregar o termo "culebrón" é "unha falta de respecto aos tribunais", dado que o asunto da caixa B está a ser xulgado na Audiencia Nacional e interpretou que o titular da Xunta "dá o beneplácito á corrupción" dada a "cortina de fume" tras a que pretende esconderse. Novamente, Feixoo subliñou que, após 12 anos en que a oposición tentou "desgastar" o PP, el foi revalidando as súas maiorías absolutas. E ante as respostas evasivas, Pontón anunciou que o Bloque solicitará crear unha comisión de investigación na Cámara sobre a suposta caixa B do PP na Galiza. O colofón galego da Caixa B O afirmado por Bárcenas no xuízo, sobre que el mesmo entregou dous sobres con 25.000 euros provenientes do PP de Pontevedra a Raxoi e a De Cospedal, foi corroborado o pasado 10 de marzo na Audiencia Nacional polo ex xerente do PP, Cristobal Páez, quen confirmou que se produciu un problema co PP pontevedrés. Páez explicou ante o xuíz que chamou o "xerente rexional da Galiza" e que este lle dixo que non sabía nada. "Dígolle: 'Pero temos un embargo' [...] e dixo: Si, falei co de Pontevedra e isto é dun preito que tiñan cunha empresa, que lles facía unha campaña ou un traballo, que houbo discrepancias na factura, esta empresa non quixo negociar, reclamouno xudicialmente e gañouno. É firme". O embargo produciuse na conta do PP estatal como "suxeito fiscal", o que motivou que Páez intervise. "Eu comuniqueillo á secretaria, Dolores de Cospedal [...] Díxome: 'Fálao con Ana Pastor', que era deputada por Pontevedra e a ver se sabía algo". Tempo despois chamou o "xerente de Pontevedra e díxome que estaban a xuntar o diñeiro para devolvelo. Eu díxenlle: 'Pero a min non me deades o diñeiro, tedes que ingresalo na conta da que saíu, facer unha transferencia ou o que sexa'". A resposta foi tallante: "Non, iso non podemos". Páez asegurou que non cambiou de parecer: "Non, a min en efectivo non me traiades nada". A cuestión foi a máis: "Insistiron en que non tiñan como facelo doutra maneira e aí Bárcenas decatouse. Un día eu vin que o xerente de Pontevedra saía do seu despacho e díxenlle: 'Que fai aquí?'. Entón el puxo un pouco cara de incómodo e dime: 'Non, que o asunto ese do embargo xa está solucionado'. 'Como que está solucionado?' [...] Entón eu, cando me decatei diso, advertín á secretaria xeral do que vira e xa está". Páez asegurou no xuízo que a partir de aí non soubo máis dese tema. Mais a cuestión non remata nesas de seguir o testemuñado por Bárcenas, que confesa que dividiu os 50.000 euros que lle entregara en efectivo o xerente de Pontevedra en dous sobres, un para Raxoi e outro para Cospedal. E aí é onde Bárcenas sitúa o colofón da caixa B. Preocupación no PP ante o que declare Crespo Logo de esta semana declararen no xuízo da Caixa B os ex secretarios xerais do PP Dolores De Cospedal, Javier Arenas e Francisco Álvarez Cascos; e desta cuarta feira, 24 de marzo, facéreno os ex presidentes do Goberno español José María Aznar e Mariano Raxoi, esta quinta será a quenda dos ex ministros Rodrigo Rato e Federico Trillo; e de Pablo Crespo, ex secretario de Organización do PPdeG (1995-2003), ex deputado no Parlamento galego e 'número dous' da Gürtel. Crespo -en prisión pola esa rede corrupta- ten confesado que era el quen repartía sobres entre cargos do PPdeG e que o facía co coñecemento de Raxoi. "Alguén se preocupou de tapar o que pasou no PP galego", critica Caballero Precisamente Pontón fixo onte no pleno referencia ao historial "que vincula o PPdeG coa trama de financiamento ilegal" tendo en conta o declarado en distintas ocasións por Crespo, cuxas afirmacións apuntan a que "75% do orzamento das campañas electorais era diñeiro negro"; ou atendendo ao informe de 2006 do entón xerente dos populares galegos que rexistra "mordidas" a empresas por valor de 1,8 millóns de euros, "moitas das que despois recibirían contratos millonarios da Xunta da que Feixoo era conselleiro en 2003 e vicepresidente en 2004". Todo isto foi, segundo acusou Caballero no pleno de onte, ocultado. "Alguén se preocupou de tapar o que pasou no PPdeG", dixo, para concluír con que "a única contabilidade subtraída a Bárcenas foi a do PP galego, como figura na Kitchen".
NOS_11972
O Partido Popular vén de remitir a proposta para a redución de parlamentares aos demais grupos políticos. O texto blinda as provincias de Ourense e Lugo, onde concentran un maior número de votantes.
O texto, remitido esta terza aos grupos políticos con representación no Parlamento da Galiza, mantén 10 deputad@s por provincia e reduce o total a 61. O estatuto fixa o número entre 60 e 75. Neste sentido, o PP considéraa "unha reforma extremadamente simple" que se corresponde coas reducións promovidas pola administración ao longo desta lexislatura e que, "cumpre cos principios da representación territorial", din @s populares. Segundo a carta anexa á proposta, asinada polo voceiro no Parlamento da Galiza Pedro Puy, o PP insta as demais forzas políticas a apoiaren a reforma e "amosaren á sociedade o compromiso conxunto" onde consideran necesarias as "políticas de racionalización do gasto". Para a voceira do BNG, Ana Pontón, detrás da proposta existe un claro interese electoralista e a vontade de reducir o papel do autogoberno galego. @s nacionalistas proporán un debate amplo e en profundidade arredor da proposta --como manifestaron ao longo destes días--, en que presentarán as súas alternativas. Entre elas, unha reforma estrutural da lei electoral, encamiñada a mellorar a calidade democrática, onde se adopte a circunscrición única a prol da equidade entre os votos --independentemente da súa procedencia--, a redución da barreira electoral do 5% ao 3% ou mesmo a redución dos soldos d@s deputad@s na procura dun menor gasto. Nun acto en Pontevedra, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a "representatividade se reforza co rigor e co respecto ás persoas que están desempregadas", en relación coas críticas da oposición por mor dun "pucheirazo electoral". Segundo Núñez Feijóo "os parlamentos son igual de democráticos se son de 100, 80 ou de 60 deputad@s".
PRAZA_18128
Nos últimos anos o Consello de Europa fixo públicos varios informes denunciando o incumprimento por parte do Goberno español e da Xunta de moitos dos compromisos adquiridos polo Estado a través da Carta Europea das Linguas, sobre todo no campo do ensino, pero tamén na xustiza, na sanidade ou na administración VÍDEO | Ciudadanos proclama que o castelán "desapareceu de Galicia" HEMEROTECA | O Consello de Europa volve pedir á Xunta que impulse máis o galego no ensino
VÍDEO | Ciudadanos proclama que o castelán "desapareceu de Galicia" HEMEROTECA | O Consello de Europa volve pedir á Xunta que impulse máis o galego no ensino Este mércores 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas, que ten entre os seus obxectivos "promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar" e que busca igualmente "destacar a importancia da aprendizaxe de linguas" para "incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural". Nos últimos anos o Consello de Europa fixo públicos varios informes denunciando o incumprimento por parte do Goberno español e do Goberno galego de moitos dos compromisos adquiridos polo Estado Español a través da Carta Europea das Linguas, sobre todo no campo do ensino, pero tamén na xustiza, na sanidade ou na administración. Nos últimos anos o Consello de Europa fixo públicos varios informes denunciando o incumprimento por parte do Goberno español e da Xunta de moitos dos compromisos adquiridos polo Estado a través da Carta Europea das Linguas En novembro de 1992 nacía en Estrasburgo a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Impulsada polo Consello de Europa, os Estados que a asinaban amosábanse "conscientes do feito de que a protección e o fomento" destes idiomas "representan unha contribución importante á construción dunha Europa baseada nos principios da democracia e da diversidade cultural". En 2002, o daquela ministro de Exteriores, Josep Piqué (PP), rubricaba o correspondente instrumento de ratificación: o documento no que o Goberno de España especificaba o grao de cumprimento da Carta ao que se comprometía. Na maior parte dos artigos, España elixiu a maior protección posible para o galego, o catalán e o euskera. E, por exemplo, comprometeuse a garantir a posibilidade de recibir o ensino preescolar, primario e secundario en galego e ofreceu garantías de que os procedementos xudiciais se poderían desenvolver con normalidade en linguas distintas do castelán. Aspectos que dende hai dúas décadas vén incumprindo en gran medida. O informe de 2016 amosaba a "preocupación" pola "redución gradual da presenza do galego no ensino medio" O pasado ano o Consello da Cultura Galega acolleu un Foro de debate sobre a Carta Europea das Linguas no que se debateron estes incumprimentos. "Estamos moi lonxe do cumprimento dos compromisos subscritos polo goberno español coa ratificación da Carta", subliñou daquela Rosario Álvarez. As conclusións responsabilizan o Goberno central de non asumir como "causa propia a defensa e a promoción da diversidade lingüística" a que os obrigan os compromisos adquiridos coa ratificación da Carta. Un ano antes o Consello de Europa amosara no seu informe a súa "preocupación" pola "redución gradual da presenza do galego no ensino medio" e criticaba que o decreto de plurilingüismo "entra claramente en contradición cos compromisos escollidos polas autoridades de acordo coa Carta que esixe a educación predominantemente en galego". Unhas denuncias semellantes ás que o Consello de Europa xa realizara no ano 2012, unhas críticas que unha e outra vez foron ignoradas e mesmo desprezadas polo Goberno galego. O Consello de Europa solicitaba que se modificasen as normativas legais para garantir que as autoridades xudiciais poidan dirixirse en galego O informe urxía así mesmo ao Estado e á Xunta a facer as modificacións legais que permitan o uso efectivo do galego na xustiza e na administración. "Aínda é inadecuada a proporción de documentos administrativos dispoñíbeis para a poboación en galego ou en formato bilingüe", sinalaba. En canto á xustiza, o Consello de Europa solicitaba que se modificasen as normativas legais para garantir que as autoridades xudiciais poidan dirixirse en galego a aquel particular que o reclame, que se "tomen as medidas necesarias para aumentar a proporción de persoal da xustiza que sexan quen de empregar o galego nos tribunais" e que se "desenvolvan cursos axeitados tanto para o persoal xudicial como para os avogados". No ámbito sanitario, o informe tamén sinala eivas e urxe as autoridades a asegurar a posibilidade dos galegofalantes de ser atendidos na súa propia lingua. No ámbito sanitario, o informe tamén sinala eivas e urxe as autoridades a asegurar a posibilidade dos galegofalantes de ser atendidos na súa propia lingua Ante as autoridades europeas a Xunta sempre presumiu do apoio emprestado ao galego, e transmitiu estatísticas cando menos discutibles sobre o uso da lingua propia do país no ensino. Por exemplo, informou que na rede Galiña Azul o 43,3% as clases danse en galego, unha porcentaxe que na etapa de 3 a 6 anos crece atar o 46,6%. O Goberno galego achegaba tamén datos de Inspección que sostiñan que no curso 2012-13 unha media do 51% das horas impartidas en primaria terían sido en galego, fronte ao 47,5% en castelán e o 1,6% en lingua estranxeira. A Xunta tamén presumiu en Europa de apoiar os medios en galego, mesmo gabándose de algúns que nese momento xa non existían, como Galicia Hoxe ou Xornal de Galicia. E doutros, como Praza Pública, que nunca recibiu axuda ningunha por parte da administración galega.
NOS_22076
Hai más dun século que aparellos mecánicos sucan os ceos de Galiza. A reconstruír esa travesía dedica os seus esforzos Xerardo Rodríguez Arias, autor dun volume de referencia centrado en Compostela e a piques de finalizar outro de ámbito nacional. E, como todo esforzo por coñecer a historia, del tamén se extraen leccións para o presente. Non é a menor o que cualifica de "absurdo total": a ordenación aeroportuaria de Galiza.
Mais esta historia comezou cos voos espectáculo dos anos 10 e 20, moitos deles en praias como a de Silgar, en Sanxenxo, ou a de Panxón, en Nigrán. Axiña se habilitaron os primeiros aeródromos estábeis. "O primeiro foi o de Monforte de Lemos", relata Rodríguez Arias (Castelló, 1948), "despois construíronse o de Sarria, o de Lugo, Guitiriz, a Coruña, ou o de Illa Canosa, na Guarda". A aviación primitiva foi impulsada por Ligas de Amigos e outras expresións organizadas da sociedade civil. "Eran persoas interesadas na tecnoloxía da época. Lían revistas e preocupábanse. Pola radio, por exemplo, que ía parella á aviación", explica. Dun deses grupos naceu, en plena Segunda República, o aeroporto de Lavacolla, pioneiro en Galiza. "Foi obra do Aeroclub de Compostela", conta Rodríguez Arias, "que era xente sen moita formación técnica pero que tiraron del con moita teimosía". Nesa infraestrutura despegou o primeiro voo comercial de Galiza. Era o ano 1937, Guerra Civil, e Lavacolla o único aeroporto do noroeste peninsular, rematado con man de obra escrava do campo de concentración fascista da parroquia. "As autoridades golpistas tiñan interese en comunicar as zonas baixo o seu dominio e estabeleceron voos entre Compostela e Zaragoza ou Salamanca", analiza. Os voos comerciais de transporte de pasaxeiros, con todo, non se regularizaron até ben entrada a década dos 40. Foi daquela, en 1944, cando abriu o aeroporto de Vigo, hoxe Peinador. O da Coruña tardou máis: 1963. E velaí as raíces da problemática que denuncia Rodríguez Arias, enxeñeiro técnico e controlador aéreo de profesión, a existencia de tres aeroportos a competir entre si nun territorio reducido. O "absurdo total" "A situación é un absurdo total", sinala, "o que se move nos tres aeroportos podíase mover só nun". E a orixe da mesma, así o pescudou, está directamente relacionada co franquismo e os intereses de persoeiros implicados na cúpula da ditadura. Sobre todo Alvedro: "Fíxose pola presión de Barrié de la Maza e do alcalde Alfonso Molina, pero a súa localización é mala, igual que sucede co de Vigo". E é que orografía galega dificultou a instalación dos aeroportos. "Xa nos anos 20, o Goberno enviou cuadrillas de traballadores buscar lugares e non daban atopado", explica. Na actualidade, unicamente en Lavacolla "a aproximación dos avións é libre", sen montañas significativas próximas nin casas. "Por caso, Alvedro é xa un aeroporto urbano". "A solución a isto é política, e hai que adoptala canto antes", engade, "pero ningún partido tivo coraxe para formulalo. Non se poden sobredimensionar máis os aeroportos e teñen que deixar de competir uns cos outros". O autor de 100 anos de aviación en Compostela (Andavira/Consorcio de Santiago, 2017) é ademais consciente das limitacións do transporte aéreo, maiormente ecolóxicas. "A aviación debe destinarse a distancias medias e longas, nunca a distancias curtas", opina, "é carísima e moi contaminante. No aire, pero tamén na terra e na acústica. AENA leva gastados millóns en insonorizar as vivendas próximas a Alvedro. Para distancias curtas cómpre desenvolver outros medios de transporte, como o ferrocarril".
PRAZA_5874
Se o que queres é pemento de Herbón deberías procuralos coa contraetiqueta da D.O.P. Éche unha desgraza, pero nesta nosa terra permítese que unha empresa poña nas bolsas as palabras pemento e Padrón aínda que sitúe a expresión tipo entre as dúas.
Benquerida, amiga: Cando os vaias mercar repara ben na etiqueta e tamén na contraetiqueta da bolsa: Debe pór Pemento de Herbón, e é unha Denominación de Orixe Protexida Comentábache na nosa última conversa que cando os vaias mercar repara ben na etiqueta e tamén na contraetiqueta da bolsa: Debe pór Pemento de Herbón, e é unha Denominación de Orixe Protexida. Xa che dixen que non ten moito xeito todo o que está a pasar coa etiquetaxe dos produtos, nin dou entendido que acontece coas Institucións que din administrarnos; por máis que nos doten de indicacións ou denominacións de orixe, se despois non fan nada por evitar a fraude, nunca acadaremos unha boa produción nin comercialización no rural. E, claro, tampouco melloraremos a vida das persoas que se esforzan cada día en sacar un produto de calidade. Así que, Pemento de Herbón. O de "pemento de Padrón" ten que ver cunha mala interpretación histórica, xeográfica e, supoño, coa eterna negación da realidade rural galega que co tempo rematou por converterse en andacio. En Herbón sitúase o convento franciscano onde, disque traídos no século XVII de Tabasco polos monxes, comezaron a plantarse os pementos. Dada a calidade do solo, o clima e a orografía, estableceuse o cultivo e desde alí estendeuse polo arredor: Na Comarca do Sar e nas estremeiras do Ulla que pertencen á comarca de Caldas. E estes son os lugares onde hoxe chega a Denominación de Orixe. O de "pemento de Padrón" ten que ver cunha mala interpretación histórica, xeográfica e, supoño, coa eterna negación da realidade rural galega que co tempo rematou por converterse en andacio Unha das primeiras cousas que convén saber é que, chegado o momento, os pementos de Herbón pican todos. Unha proteína chamada Capsaicina (ou capsicina) reacciona coas glándulas do cuspe provocando esa sensación que xa experimentache algunha vez. Certas investigacións postularon que pode ser unha ferramenta de defensa do vexetal fronte aos herbívoros, que non adoitan consumir estas plantas. Todos os pementos levan capsaicina, pero nin todos os pementos levan a mesma concentración nin todos/as reaccionamos igual fronte a ela: Cada persoa nota o picor en diferente grao, sendo a tolerancia a este a que determina finalmente se o soportamos ou non. Polo tanto estamos diante dunha sensación subxectiva que depende en grande medida do que cada persoa estea en disposición de aguantar. O pemento de consumo acostuma a medir entre 4 e 6 centímetros de longo, atopándose nun estadio de desenvolvemento moi temperán. As cantidades de capsaicina contidas nese pemento novo varían duns exemplares a outros, dependendo de múltiples factores coma solo, adubo, clima, estado de desenvolvemento da planta,... Coma todas as variedades, o de Herbón medra e chega a acadar entre 12 e 14 cm de longo e 4 cm de ancho. Nese momento a concentración de picante é tan elevada que o ardor pode ser unha sensación mesmo desagradable. Os pementos de Herbón pican todos. Unha proteína chamada Capsaicina (ou Capsicina) presente no froito, reacciona coas glándulas do cuspe producindo a sensación de ardor na boca tan característica A importancia do picante outorgoulle ao pemento de Herbón o primeiro carácter comercial. Segundo o Catastro do Marqués de la Ensenada, no século XVIII comercializábase o pemento seco e moído como aderezo. Unha outra aventura consiste en distinguir no pemento de consumo aquel que pica daqueloutro que non... Nisto é mellor que lle preguntes ás mulleres da zona, que seguramente responderán coa sabedoría do tempo, mentres che escollen o "sento". Pois cada bolsa que mercamos ás produtoras, cada unha das que veñen etiquetadas co selo da D.O.P., levan un cento de pementos, escollidos, iso si, para que non piquen; ou máis ben, para que non piquen a maioría, que é como da máis gosto comelos, coa incerteza de non saber se algún polo medio vai rabear e deixarche a lingua ardendo. En todo caso, non te preocupes: Ti non es intolerante á capsaicina e como moito podes ficar coa boca amortecida uns minutos. Nunca ha ser tempo dabondo para converterse nunha molestia. Se até ten graza atopar algún raiboso polo medio... En todo caso, se ves que se fai insoportable, sempre podes beber leite, tomar unha cullerada de aceite ou beber un grolo de viño. A proteína é solúbel nas graxas e no alcool, así que non deixes de acompañar o prato de pemento fritido cunha cunquiña de viño. Cada bolsa que mercamos ás produtoras, levan un cento de pementos, escollidos, iso si, para que non piquen; ou máis ben, para que non piquen a maioría O cultivo do pemento é relativamente esixente se falamos de agronomía. A necesidade de plantar a variedade recoñecida pola D.O.P. e o risco de erosión do seu patrimonio xenético obriga ás produtoras a elaboraren hortos coas sementes procedentes da selección realizada entre os mellores froitos maduros e colleitados por elas mesmas, xeración tras xeración. Estes hortos (que elas chaman "tallóns") adoitan a seren rectangulares, de aproximadamente un metro de ancho e varios de longo, e realízanse en terra boa, mol e moi rica en materia orgánica. A xerminación das sementes practícase manualmente entre novembro e decembro (sempre baixo abrigo). Desde hai algunhas décadas empréganse invernadoiros co obxectivo de adiantar a colleita. Pero non nos enganemos, non. Aínda en plantacións baixo cuberto o pemento de Herbón non aparece antes de maio. En días anteriores pode haber algúns, pero raramente existe capacidade nos invernadoiros para subministrar masivamente a mercados: Nin as condicións nin as plantas acadan aptitude produtiva antes destas datas. Logo, a partires do mes de xullo, podemos atopar o pemento que se cultiva ao aire libre. Se o que queres é pemento de Herbón deberías procuralos coa contraetiqueta da D.O.P. A produción esténdese até o mes de outubro. Se un fala coa xente da zona diranlle que teñen prolongado a colleita até ben entrado novembro ou mesmo até finalizalo. Pero convén non enganarse: Aínda que isto sexa así, a capacidade produtiva vese tan mermada a fin do outono que as cantidades caen a valores por baixo do trinta por cento. A D.O.P establece como data límite para vender pementos coa súa indicación o 30 de Outubro. E daquela moitas fincas xa se arrincaron con anterioridade. Eu pregaríache que te valeses do coñecemento ao escolleres. Se o que queres é pemento de Herbón deberías procuralos coa contraetiqueta da D.O.P. Éche unha desgraza, pero nesta nosa Terra permítese que unha empresa poña nas bolsas as palabras "PEMENTO" e "PADRÓN" aínda que sitúe a expresión tipo entre as dúas. E é que moitas empresas saben perfectamente que os nomes outorgan valor; e que unha axeitada maquillaxe que deixe ben visibles as palabras que dan prestixio, fai moito polas vendas. Pero por norma xeral os pementos que levan aparellado ese indicativo non son nin da mesma caste xenética e moito menos teñen garantida a orixe. Así que cómpre botar unha ollada a fondo e mirar a ver se nalgures pon o lugar no que foron cultivados. A min parécecheme moi triste que se vendan pementos que poñen Padrón no título e que logo, ao procurares a orixe, apareza Almería, Marrocos ou Extremadura. E non teño nada contra as persoas que cultivan por todos eses lugares. Todo o contrario. Teñen tanto dereito a súa soberanía persoal e alimentaria coma as demais. Pero xa non estou de acordo en que haxa empresas coa pretensión de lucrarse a conta dun engano. Troupeleando cos nomes e as orixes do produto desde logo non parece que, por moito título "Padrón" que poña, traian a saudable intención de alimentarnos. Máis ben cheira a manobra coa que aproveitarse do prestixio dunha zona para mercadear cun produto co que lucrarse amplísimamente. Aínda que pouco ou nada teña que ver co que tantas loitas lles custou ás labregas de Herbón e arredores. E se preguntas pola zona, as labregas diranche que iso de cociñalo co rabecho (pedúnculo en termos técnicos) alí non se fixo nunca pois dálle amargura ao aceite En definitiva, o que verdadeiramente cómpre co pemento de Herbón é comelo. E se preguntas pola zona, as labregas diranche que iso de cociñalo co rabecho (pedúnculo en termos técnicos) alí non se fixo nunca pois dalle amargura ao aceite. Así que quitámosllo e fritímolos en aceite ben quente a continuación, evitando que se pase e se poña escuro. Sabe ben simplemente cunha miga de sal en escamas, espalladas por riba nada máis sacalo fumegante da tixola . E compartindo as palabras do meu veciño Álvaro Cunqueiro, paga a pena reservar un bocadiño de pan para mollalo nesas pingas de aceite que agromaron no fondo do prato ao rematalos e sentir como triscan as areas de sal na boca: Iso si que é Gloria! Tan só cun xesto simple, como mirar a etiqueta dun produto, podemos contribuír á mellora da produción do noso medio rural, do noso arredor inmediato Como ves, non parece moi complicado isto da alimentación. Cun xesto tan simple como mirar a etiqueta dun produto, podemos contribuír á mellora da produción do noso medio rural, do noso arredor inmediato. Deste xeito tamén evitamos que maquieiro (que diría o Méndez Ferrín) non se aproveite para gañar cartos a mancheas a conta da ignorancia; e tamén, grazas a ela, anule un bocado máis a xente de nós... Sen máis só me queda desexarche que este paquetiño que che mando che gorente ben e teñas unha boa razón para manter a Terra na lembranza. Unha aperta de solpor atlántico, ben máis grande para as que andades na diáspora.
NOS_16524
Significou unha nova xeira da prensa rexionalista en Pontevedra. Continuador do semanario O Galiciano e impulsado polo seu núcleo promotor, estivo dirixido nunha primeira etapa polo funcionario público, escritor e xornalista Rufino Rivera e nunha segunda polo tamén funcionario e escritor Francisco Portela Pérez. Publicación monolingüe en galego, nos seus escasos dous anos de vida, os seus contidos responderon á orientación das publicacións da corrente social protonacionalista, destacando pola súa firme defensa da lingua e da creación cultural en galego, a súa denuncia do caciquismo, a impugnación das bondades da emigración e a súa critica ás condicións de vida das maiorías sociais do país.
Mui agradecida Amiguiños da miña alma: Nunca saberei como pagarlles tanta venebolencia, tanto favor hastra agora inmerecido. Tódolos exemprares que da mina estampa se imprentaron o domingo derradeiro, tiveron dono. E foran iles mais! non me chegaron a media merenda! Como que si quixen mandar á fora os de maor precisión, tiven que suspender a venda diles no millor da conta: cando os rapaces que os pregoaban non daban feito a corbar cadelas por Catuxas, que, polo visto, foi cando vostés lle iban tomando sustancia colléndolle gusto os meus parrafeos. E hoxe aínda e o dia que me están querbando a cabeza por mais númaros daquiles, e hastra pidíndomos cuasemente por memoriás. E están nas mans de quen non se descuidou en percuralos, tendo, polo tanto, o gran sentimento de non poder compracelos!. Podo pidirlles mais? Xa se ve que non. Burriña de min! Quixen imprentar dous milleiros de Tías Catuxas e, por guiarme por quen non entende da misa a medias, amoqueime. Porque decote unha muller agasallada onde queira que se presente, onde queira que se alcontre, xa sabia eu o domingo derradeiro que por unha cativez, por unha chilindrinada de catro cadelos ó mes na vila e dous reas fora dela, naide se astreveria hastra por delicadeza a zarrarme as súas portas; e mausimemnete agora que coñecen a verba que uso, os puntos que calzo e as pulgas que teño. Abasta que se tratase dunha Muller, d´A Tía Catuxa. Porque unha muller e capaz de darlle a volta a medio mundo. E todo polas condenaitas das faldras!. Que atrautivo teñen! O deño, pra tentar as criaturas, vístese de muller. En figura de home, non conseguiría nada; de muller vence canto lle da a gana, alcanza o que quer, allana todo. Porque do demo sin faldras, seria tanto, como dicir un Sanson sin pelo, un Martines sin vara, un Lazaro sin sufraxio universal. Proba ó canto: Unha vez púxolle custión o tio Xeronimo das Candinas ó meu compadre Alberte, porque lle entraron as galiñas diste na horta e lle dipinicaron unhos cantos pes de leitugas que acababa de trasprantar e o xuez, fundándose en que resultaba probado que efeutivamente as galiñas do meu compadre foran as que fixeran o estrozo aquil, xa diutara sentencia condenandoo ó pago dos danos e as costas. Mais mitinme eu de por medio e "cataprun" o xuez revira a sentencia con soilo un considerando do que adiciona: O de que as galiñas non eran cadelos que poideran poñérselles bozo no fuciño, nin becerros ou bestas de arrieiro que poideran atarse cunha corda pólo pescozo pra telas suxetas; e condenou, polo tanto, ó tio Xerónimo, como mal pidente ó pago das ditas costas cós demais aprecibimentos e responsivas da lei. Conque, agárranme esa mosca polo rabo! [Artigo de redacción publicado no número 2 de 21 de outubro de 1889] A romaría Nos Infernos, á 26 de Xaneiro do ano 5887 do reinado de Lusbel. Mas crencias relixiosas, dinantes tan escesivamente arraigadas no pais, van decrecendo notabremcnte a medida que as oleadas de civilizacion invaden os mais escondidos e poetecos lugares onde se celebran estas festas, tan carauteristccas da rexion gallega. Aquela fanateca fe cristiana e aquelas crencias que as veces faguían persentar ó tipo gallego coma un ser todo supersticions desparecen coa mesma lentitú con que as densas bretemas da noite, desfanse ás raiolas do sol que nasce. Hoxe no dia son contadas as imaxes que levan as suas hermidas as grandes carabanas de romeiros que as visitaban non fai moito tempo. Son poucos os que, coa fe no curazón e os rezos nos labeos, impoñense o traballo de andar descalzos a pan e auga catro, cinco ou mais legoas pra ir a ofercer á santa ou santo milagreiro o ouxeto da súa devocion, que consistia unhas veces en cera, trigo, centeo, millo e liño;e outras en aceite, galos, polos, lacos e untos, en troques de que lles botase o meigallo fora ou as librara do mal do aire. Poucas xentes sencillas quedan daquelas que se ofercian a camiñar de rodillas polas frias ou caldeadas , segundo o tempo, lousas do adro, vistían habitos e levaban consigo ollos, brazos, cabezas e pernas de cera que adicaban a santa ou santo polos males que lles curara. Hoxe casque ningunha das persoas que van a romaria se cuidan de rezar; mais que por devocion, van por adivirtirse e troulear: boa proba desto e que a maor parte son das parroqueas cercanas á hermida, e bastantes do pobo imediato que, seguindo a tradicional costume que herdamos dos nosos antepasados, buscan na romaria pertesto pra pasar un dia de boa vida. A festa do Santo Patrón celébrase de ano en ano, e é a de mais lembradia e sona da parroquea. A ela acoden mozos e mozas, vellos e vellas, rapaces e nenas dos lugares daqueles contornos e algunha que outra persoa de lonxe que inda ten fe nos milagres do santo. A capilla onde se venera a imaxe non sempre se asenta nun erguido curuto; polo regular, atópase no repregue do monte, anque algunhas hai agachadas antre a frondosiáa da fresca ,e verde arboreda, na que troulean e brincan os mozos ó son da melosa e feiticeira gaita. O vispora da festa, e así que escomenza a anoitecer, a mocedá da parroquea, acompañada dalgún vello churrusqueiro ven cantando polas corredoirasde cara a hermida do santo: ala lonxe oucense fortes atruxos e tenras cantigas dos mozos da outra banda que tamén acoden a velas vesporas. O santuario acostuma a estar arrombado a concencia, polo sancristán que nestes dias afánase por poñelo o mais rechamante que a sua intelixencia de artista lle aconsella . A imaxe do santo, que viste a roupa das festas, está ,mui alumeada por velas de difrentes tamaños que lle deu a devocion dalgunhas veciñas. A xente sai e entra no tempro deixando as suas ofrendas metalecas no prato que, custodiado por un home que moitas veces e o maordomo da festa, hai riba dunha mesa diante dunha santa que se atopa grandemente alumeada por candeas. No adro, as rosquilleiras sentaron os seus reales: levantaron alpendres feitos con estacas e lenzos que asomellan tendas de campamento: debaixo diles e enriba de mesas cubertas con limpas servilletas, ofercen milindres, rosquillas, dulces, viscoitos, botellas de risolio, caramelos, cigarrillos e refrescos que fan con auga, e azucre do moreno, dempois de que os avellóns fartaronse de chuparlle a súa almibarada sustancia. [Artigo de Francisco Portela Pérez publicado no número 12, o 11 de xaneiro de 1891] Os contidos estiveron na liña doutras publicacións en galego do momento A Tía Catuxa de riola A Tía Catuxa, antusiasmada ó ver o entroido, deulle por faguer unha arroutada. Meteuselle na cachola nin mais nin menos que ir.dar unha volta a Lugo arrematar o entroido, e asiña o fixo. Non coiden, quizais, que foi por velos tunos:cal foi entoxo da vella e nada mais. O conto foilles que cheguei ala. Faguía un curisco mil demontres, custándome moito traballo alcontrar sitio onde quentarme ben. Pro como Dios sempre axuda ós velliños topei dun rapaz gallego enxebre si os hai, que se puxo tolo, coa alegria de verme polasua casa, tratandome coma si fora unha rapaza de vintecinco anos con quén tiveramentres casarse. Pouco faltaba pra dalas doce cando dei coa casa del. Así foi que de seguida nos puxemos a xantar como si nada fora. E, como bos gallegos, decontado entramos en confianza ; fúmonos pra cociña a carón do lume pra escorrentalo frio, e loigo me puxo unha taza de cimos que me desentomeceu as xuntas todas, dándome a vida. En canto botamolo os cimos que a verdá abren as ganas de comer que da xenio, aparesceu na mesa unha gran fonte de lacós con grelos. Eu, que son dada as frebas de demoro, non sei cal me sabia mais, si os lacós ou os grelos, tan mantecosos estaban istes. Non me daba conta de min; canto mais comía, paresciame que tina mais gana. Dempois puxo un par de capós que soilo o cheiro levantaba a paletilla. ¡Madia che leven os menistros e os caciques de Madril querer estar no menisterio póla Navidal!. O pavo, saber, sabe pro un capón de boa ensúlia, e capaz de lle dar a un vocacion pra menistro. Asiña foi que dun deles nin quedou cuxote, nin peituga, nin nada; a pouco mais hastra me como os osos. ¡E pra mais tiñan unhas magriñas de xamón no sitio das tripas, que xa, xa! Por todo elo, como viva, non agardo pro entroido do ano videiro. Na Navidá, aló me pranto outra vez pra lle metelo dente ós capós. Meu amigo xá ten renteira segura pra lle axudar a comelos. De outros pistos xa non me lembro; soilo tiña um sentimento, e era do que non lles podia entrar coa mesma gana do que os do principio. Pro inda faltaba o millor: acabadolos pratos de carne,veu unha man de dulces compangos da terra de Lugo que namoraba tan soilo o velos. Ali coas grandes roscas banadas de Viveiro e dos sustanciosos biscoitos de Monforte, estaban mescradas as pequenas_rosquillas de Samos e habia queixo alto de San Simon, pequeno e sustancioso da Ulla e un do Cebreiro que pesaba media arroba gallega. E a todo esto unha augardante da terra e ainda me aparesce que non se me foron os fumes que medeu. Venia a hora que topei con tal rapaz. Non pensaba a vella Tía Catuxa botar un dia de entroido tan farturento e compreto; pro abofellas que non ha perdelas mañas pro adiante. [Artigo de redacción publicado no número 17, o 15 de febreiro de 1891] Lerias Deixou de pubricarse na ciudá de Lugo, o somanario gallego A Monteira, que via a lus todolos sábados. A pouca saude que desfruta o direutor, noso estimado e ilustrado amigo Don Amador Montenegro, a enfermedade que padece algunha das presoas da sua familia e as ocupaciós crecentes doutros redautores, foron a causa de que o noso compañeiro suspendese a súa pubricacion por tempo ilimitado. Sentimolo, afellas, non soilo porque era un decidido defensor dos intereses rexionales, sinon porque era o uneco que se pubricaba en gallego e por tanto con quen podía parolar esta vella. Sin embargo, si dalgunha hora de vagar poden dispoñer os siñores Montenegro e Pardo Saavedra, iste ultemo redautor d´A Monteira falen coa A Catuxa que dende agora ofercelles as suas colunas, pois terá gran compracencia en insertar traballos de tan entuseastas gallegos. [Artigo de redacción publicado no número 11, o 4 de xaneiro de 1891] Anticaciquismo A Tía Catuxa, subtitulado "Semanario galego de intereses e literaturas rexionales" saíu á rúa a finais de setembro de 1889 como continuador do semanario O Galiciano. O Galiciano foi unha publicación monolingüe editada en Pontevedra na penúltima década do século XIX. A súa primeira etapa alongouse desde agosto de 1884 até finais de 1887, volvendo aparecer en 1888 baixo o subtítulo de Semanario Gallego, mantendo a mesma intención e orientación ao longo de toda a súa existencia. O seu núcleo impulsor e mesmo o seu primeiro director e administrador, Rufino Pérez, ocuparon as responsabilidades chaves n'A Tía Catuxa. O semanario publicouse desde setembro de 1889 até febreiro de 1891. Impreso no obradoiro de A. Landín, o modelo d'O Tío Marcos da Portela estivo moi presente nos seus promotores. O propio nome da publicación, A Tía Catuxa, gardou semellanzas coa popular revista ourensá, sendo constantes as referencias nas pezas propias ao periódico de Lamas Carvajal. Porén, na liña d'O Galiciano significouse pola súa coidada proposta gráfica, onde botou man do debuxo humorístico para tratar temas de actualidade. O xornal caracterizouse polas súas críticas á emigración como expresión dun problema económico estrutural na formación social galega A Tía Catuxa estivo dirixido nos momentos iniciais por Rufino Rivera Losada e posteriormente por Francisco Portela Pérez. O primeiro, delineante e funcionario, dirixiu ademais d'O Galiciano, A Tía Catuxa, sendo habituais as súas colaboracións na prensa protonacionalista co pseudónimo d'O Galiciano, onde deixou un bo número de relatos en galego, destacando, ao tempo, como dinamizador social e cultural, até o punto de ser o primeiro promotor do concurso de Maios de Pontevedra. Pola súa banda, Portela Pérez, presidente da Sociedade Artística Musical e fundador do Coro Galego, fixo parte do núcleo fundacional da Real Academia Galega, sendo unha sinatura habitual de publicacións como O Tío Marcos d'A Portela ou A Monteira. O xornal contou entre os seus colaboradores con membros das diferentes correntes do movemento rexionalista. Así, entre os pontevedreses sinaláronse as sinaturas do perito agrícola e xornalista José López Otero, do funcionario e escritor Ramiro Vieira e do traballador público e xornalista Javier Valcarce Ocampo. Do resto da Galiza contou coa colaboración de Xenaro Mariñas González, Xesús Rodríguez López, Cesáreo López Pinal ou Roque Pesqueira Castro, nomes habituais das publicacións promovidas pola corrente social protonacionalista nos anos inicias da I Restauración. Os contidos do xornal estiveron na liña doutras publicacións en galego do momento. O xornal caracterizouse polas súas críticas á emigración, como expresión dun problema económico estrutural na formación social galega, a súa denuncia aos abusos do poder, concretados na lóxica do caciquismo en tanto piar do réxime político do momento, a contestación ao modelo de propiedade da terra, simbolizado na permanencia dos foros, e na confrontación cun réxime fiscal abusivo, exemplificada no imposto de consumos. Ao tempo que fixo unha defensa sen concesións do idioma e da cultura propia do país e da Galiza, operou como un espazo para as composicións literarias en galego, destacando a presenza de poemas e relatos nos seus números.
NOS_2078
A convocatoria acordouse na asemblea de delegad@s de persoal da CIG-Industria. Piden o cumprimento dos convenios, a limitación da subcontratación en cadea e o recoñecemento do dereito á subrogación do persoal.
A CIG-Industria convoca greve indefinida en todas as contratas e subcontratas de Telefónica-Movistar en Galiza a partir do vindeiro martes 14 de abril para esixir o cumprimento dos convenios de aplicación, limitar a subcontratación en cadea e combater a precarización laboral que padecen as e os traballadores do sector. A Federación de Industria do sindicato nacionalista explica que este é un sector "altamente precarizado, en boa medida pola fragmentación do mesmo, dándose situacións de até tres niveis de subcontratación para un único contrato coa empresa principal". Ramón Fernández, da CIG-Industria, di que dende a propia Telefónica se fomenta a competencia entre as contratas, "así como a incorporación dos seus propios extraballadores - cesad@s nos sucesivos EREs de Telefónica- a esta cadea de sub-contratación como autónom@s, ou a través de pequenas sociedades de nova creación. A CIG-Industria propón unha táboa reivindicativa básica que comeza coa demanda do cumprimento rigoroso dos convenios de aplicación (neste caso os provinciais do metal), especialmente en materia retributiva e de xornada de traballo. Outras das cuestións fundamentais é restrinxir a sub-contratación en cadea.
PRAZA_16143
A Mesa presenta a auditoría lingüística realizada para a Deputación na que analiza a dispoñibilidade do galego nos 61 municipios. "Cómpre que asuman o compromiso de impulsar políticas activas en favor do galego e dotar con recursos a planificación lingüística", di.
O 80% dos concellos da provincia de Pontevedra non dispoñen nin de servizo de normalización lingüística nin de técnicos de normalización. Esa é unha das conclusións que se tira da auditoría lingüística que A Mesa realizou para a Deputación e nas que se examina a dispoñibilidade do galego nos 61 municipios do territorio. Segundo o estudo, tan só unha ducia de administracións locais contan con servizo e técnico de normalización, aínda que 34 están na Rede de Dinamización Lingüística e, xa que logo, participan das actividades que neste ámbito organiza a Xunta. Tan só unha ducia de concellos conta con servizo de normalización, aínda que 34 están na Rede de Dinamización Lingüística da Xunta Este é un dos "puntos negativos" dun traballo realizado a principios do pasado ano 2017 e nos que A Mesa examina o "grao de cumprimento das garantías lingüísticas nos concellos" a través de cuestións básicas como os idiomas dispoñíbeis nas páxinas webs, nas redes sociais, nos teléfonos de atención cidadá, a dispoñibilidade de servizos e/ou persoal técnico de normalización, o uso do galego nas actas dos plenos, bandos e impresos de trámites, na banca electrónica ou no apartado de turismo. As conclusións da auditoría foron presentadas este mércores por Marcos Maceira, presidente da Mesa, e por Xosé Leal, deputado de Cultura e Lingua na III Xornada de Normalización Lingüística da Deputación. "Os concellos van avanzando na normalización do galego pero queda por avanzar na implantación dos servizos" O presidente da entidade en defensa da normalización considera que, "en xeral, os concellos van avanzando na normalización do galego e adoitan ofrecer a maior parte da atención en lingua galega, pero advertiu tamén de que "aínda queda por avanzar en implantación de servizos de normalización", así como naqueles "servizos municipais que se ofrecen a través de empresas externas como a banca electrónica, por exemplo". "Cómpre que os concellos asuman o compromiso de impulsar políticas activas en favor do galego e dotar con recursos a planificación lingüística, con actuacións transversais procurando o incremento do uso e prestixio da lingua propia de Galiza". Desde a Deputación, pola súa banda, lembran que este documento non só lles permitirá "levar a cabo a planificación lingüística axeitada", senón que ademais axudaraos a "deseñar novas fórmulas coas que normalizar por completo o uso do galego nas institucións públicas". "Cómpre que os concellos asuman o compromiso de impulsar políticas activas en favor do galego e dotar con recursos a planificación lingüística" Ademais da precariedade en canto a servizos de normalización nos concellos da provincia de Pontevedra, A Mesa tamén repara nas eivas na prestación de servizos municipais a través de empresas externas, como a banca electrónica ou as concesionarias do servizo de augas. No caso do primeiro, as persoas usuarias "só teñen a opción de utilizar o galego se a entidade bancaria que colabora neste servizo dispón desa opción lingüística". Así, quen empregue as plataformas de pagamento de Abanca, Sabadell-Gallego e Caixabank poderá elixir realizar as súas xestións tributarias en galego, pero non así quen opte por BBVA, Banco Pastor, Banco Popular, Banco Santander, Ibercaja Duero ou Novo Banco. "Os concellos e a Deputación deben actuar para que os bancos, empresas de concesión de servizo de augas e outros cos que traballan ofrezan a posibilidade de uso do galego en trámites esenciais como pagamento de taxas, impostos, multas…", asegurou Maceira. A Mesa destaca que a posiblidade de uso do galego nos servizos a través de empresas externas depende só da vontade de cada firma En canto ao servizo de augas, ofrecen atención en galego Aqualia, Viaqua e Consorcio de Augas do Louro, mentres que Gestagua e Espina y Delfín só permiten o español. Sobre esta situación, Marcos Maceira considera que "é responsabilidade dos concellos demandarlle a estas empresas que ofrezan os servizos subcontratados en idioma galego, para garantirlle á súa veciñanza que poidan acceder a estes servizos no noso idioma". "É responsabilidade dos concellos demandarlleás empresas que ofrezan os servizos subcontratados en idioma galego" Na parte positiva, o informe céntrase na atención cidadá telefónica e na páxina web, xa que o galego figura como a opción máis consolidada. Na atención telefónica, as mensaxes de inicio para remitir ás diferentes áreas de cada concello están gravadas en galego e, nos casos nos que se lle ofrece á persoa usuaria a posibilidade de elixir entre o galego e o español, sitúan a elección do galego en primeiro lugar. Por último e alén da auditoría, A Mesa detectou un "amplo uso do castelán por cargos públicos no exercicio das súas funcións" e advertiu tamén de "casos graves" onde declaracións feitas en galego nos medios aparecen traducidas ao castelán.
PRAZA_8588
'Uxío Novoneyra / Poeta Alén', que se estrea este venres na sede da Deputación de Lugo, mestura o relato biográfico do autor coa visión que del teñen varias personalidades do mundo da cultura e da política.
A sede da Deputación de Lugo na capital lucense estrea venres 19 o documental biográfico Uxío Novoneyra / Poeta Alén sobre o poeta e escritor do Courel. A cinta, dirixida por Iván López Gimeno xunto co fotógrafo Federico García Cabezón, mestura o relato da vida do autor coas visións que sobre el dan personalidades como Xosé Manuel Beiras, César Antonio Molina, Anxo Lourenzo ou Xosé Luís Méndez Ferrín, quen definía o protagonista como "o intérprete dun tempo convulso como era a posguerra e o franquismo". O documental mestura o relato da vida de Novoneyra coas visións que del fan Beiras, César Antonio Molina ou Méndez Ferrín O documental, producido por Gseis Audiovisuais, foi candidato aos premios Mestre Mateo e contou coa colaboración da familia do poeta, que facilitou o acceso a fotografías, vídeos e audios inéditos. Precisamente, un dos fillos do poeta, Uxío Novo Rey, actúa como fío condutor deste traballo audiovisual que recolle as diversas facianas de Novoneyra, desde as súas orixes, a vida no Courel, o grupo Brais Pinto, o seu pensamento político e mesmo a lingua. Segundo o director, Iván López Gimeno, a intención do documental é facer "unha achega da obra poética de Novoneyra aos novos lectores de poesía". Por iso, establece unha relación histórica dos feitos que tiveron influencia sobre Novoneyra e que o impulsaron a crear. López Gimeno salienta, así mesmo, "a singularidade" deste autor que, desde un lugar como Galicia, "bebeu dos poetas clásicos e tinguiuse das diferentes artes para plasmar a súa teima, que non era outra que o amor pola súa terra". A obra contou coa colaboración da familia do poeta, que facilitou o acceso a material inédito A banda sonora é obra do cantante e compositor coruñés Xoél López e o tema principal é unha adaptación do poema de Novoneyra Letanía de Galicia, realizada polo produtor El puto Coke e interpretada pola cantante de soul e hip hop Wöyza. Uxío Novoneyra / Poeta Alén é un relato que precisou dun profundo traballo de investigación e documentación. A idea comezou a xestarse no ano 2008, pero foi a partires do 2010, ano no que se lle adicou o Día das Letras Galegas a Uxío Novoneyra, cando o proxecto comezou a materializarse, grazas á axuda económica da Agadic e a colaboración da Fundación Uxío Novoneyra, a Fundación TIC e a Deputación de Lugo. A entrada á sede da Deputación de Lugo, onde se proxectará o documental, é de balde e está aberta a todo o público que queira coñecer máis de preto a vida e obra deste escritor lugués.
NOS_40146
Sobre as propiedades reparadoras da música debruzáronse pensadores e crítica en numerosas ocasións. A elas parece encomendarse Chicharrón no seu terceiro disco, Cancións Clínicas (Prenom, 2018), un tratado noise pop arredor da enfermidade, a sanación e a anguria.
"Creo que este traballo supón un modo de se curar de certos problemas graves na vida de Alberto [Vecino, letrista e voz da banda]", explica a Sermos Galiza Rubén Domínguez, produtor e teclista, "relacionados coa enfermidade da súa nai. De feito, escribiu a maioría das cancións en salas de espera ou en cuartos de hospital". Hai, ademais, unha baseada no poema de Gonzalo Hermo No seu despregar. A partir dese material lírico, desesperanzado e con ángulos nihilistas, o propio Domínguez deseñou o son da obra, en que mandan filigranas de sintetizadores e guitarras soterradas. "Xa todo é carnizaría en nós / xa somos os seguintes / nós os dóus", canta Vecino en Que tempo fará?. "Eu percibo o disco desde o sentimental e o íntimo", afirma Domínguez, preguntado por unha lectura política de Cancións Clínicas, "aínda que o comentario político sempre estivo aí. E é certo que a situación provoca certo desasosego que acaba por emerxer e pode intepretarse politicamente". En cortes como O espanto (occidental), de xeito explícito: "A dignidade é unha pedra / nun escaparate / (...) / o común nun espazo de azar e resistencia". O método Chicharrón, antes sexteto e agora trío (ademais de Vecino e Domínguez, Mara Pérez ás voces) con base en Carballo, reconfigurouse neste terceiro traballo. Atrás fican o seu debut homónimo de 2014 e mais Postal (2016). Rubén Domínguez molda as cancións cos textos e "estruturas primarias de guitarra" fornecidos por Alberto Vecino. "Fixen a música a partir do que ía lendo", di, "quixen que as guitarras tivesen menos protagonismo. Empreguei sintetizadores de cordas, cun punto dramático, cinematográfico". No seu libro de texto, de singular personalidade, detéctanse pagadas do tramo medio de The Cure, dos My Bloody Valentine máis etéreos ou dos escoceses Cocteau Twins. A reforma á que, nos oitenta, foi sometido o post punk determina a familia estética de Cancións Clínicas. "Son as miñas teimas e os sons cos que estou traballando en Pantis", sinala. Este último é o proxecto individual de Rubén Domínguez, cuxo primeiro disco, Pranto (2016), investiga territorios electrónicos e zonas krautrock. En Nadal entrará a gravar a súa continuación. Cancións Clínicas foi un fillo inagardado. Rexistrado no Estudo Terraforma, no Hío, da man de Ibán Pérez, "todo foi moi rápido". "Non pensabamos que fose haber terceiro disco de Chicharrón, as nosas circunstancias persoais mudaran", lembra, "mais en agosto, Alberto chamoume e díxome que precisaba sacar xa estes temas. Tres días despois comezamos a gravar". E ergueron unha peza que, debido a esas mudanzas vitais mencionadas por Domínguez, espaciará as súas presentacións ao vivo. Nota: cuberta de Cancións Clínicas, o terceiro disco de Chicharrón.
NOS_18485
As restricións sanitarias provocaron que o sector tivese unha "mala facturación" durante as festas, que nalgúns casos foi "peor" que a do ano pasado.
Representantes da hostalaría galega cualifican de "frouxa" a xornada de Reis, cunha facturación nas festas "peor" que as anteriores, segundo expuxeron en declaracións á axencia Europa Press. Así o manifestaron tanto o presidente da Federación Galega de Hostalería, Cheché Real, como Lois Lopes, membro da Plataforma na Defensa da Hostalería Galega. "A facturación depende da xente que entra nos negocios e gasta e non hai a afluencia de antes", sostén Cheché Real, que o vincula co medo polos contaxios, mais tamén por mor das persoas confinadas. As restricións sanitarias minguan os ingresos da hostalaría "O balance, moi frouxo", resume sobre estas festas e, en particular, sobre a xornada de Reis. En similares termos, pronúnciase Lois Lopes, quen asegura que houbo ocupación de mesas, mais dadas as restricións e a limitación de ocupantes "a facturación é mala". "Peor que o ano pasado mesmo", sinala, en relación ás festas anteriores e aludindo tamén ao feito de que estas sexan unhas celebracións familiares, así como pola existencia de persoas confinadas ou de contaxios, algúns optasen por non reunirse ou reducir o número de membros. A isto suma as limitacións por mesa: "Non é o mesmo separar mesas de doce que mesas de oito", apostila, sobre o menor número de comensais por esta circunstancia. De feito, o sector hostaleiro galego perdeu arredor de 2.000 millóns de euros desde o inicio da pandemia, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).
NOS_42166
Ficou no esquecemento como a práctica totalidade das revoltas que avalaron a Galiza do Sexenio (1868-1874). A súa marca foi republicana federal e internacionalista, significando a prensa da época o grande despregue de bandeiras vermellas. A súa memoria tráenos ao presenta vellas tradicións de loita e o espírito insubmiso da Galiza.
O 2 de outubro de 1869, os republicanos de práctica federal e os internacionalistas fanse co control da Ourense, depoñen e posteriormente deteñen ás autoridades provinciais e proclaman a república federal. A xunta revolucionaria, formada por persoas de recoñecida militancia antimonárquica, fica composta por Francisco Casanova como presidente, Alejandro Quereizaeta como secretario, Salvador Nóvoa como vicesecretario e Guillerme Moreiro, José Gómez, Federico Anta, Ramón Díaz, José Noguerol, Facundo Santalla, José Saborit, Marcelino Rodríguez, Benito Cobas e Carlos Pereira. O programa da revolta, recollido nun manifesto publicado pola prensa o día 3, non deixa dúbida das súa alternativa, cualificando a "Madrid como tirano das provincias", demandando a restauración dos "santos foros dos dereitos dos pobos por medio da verdadeira democracia" e solicitando "a liberdade, a igualdade, a fraternidade e a moralidade sincera". Un tenente da Guarda Civil e un soldado morto A revolta de Ourense non tardou en ser derrotado, tras dislocar o goberno o 4 de outubro compañías militares doutras localidades á cidade. Segundo sinalaba La correspondencia de España o 7 de outubro de 1869, "ás 7 da mañá do día 2 foron presas todas as autoridades, agás o concello, pois algúns tomaron parte, apoderándose despois do goberno da provincia, tesourería e Telégrafos e desarmando a oficiais e soldados". Ao longo desa mesma xornada, producíronse diversos enfrontamentos armados con efectivos do exercito e da Guarda Civil, significándose o celebrado na Ponte das Burgas, onde "os republicanos instan á tropa que se entregue, esta resístese e rompe fogo dunha e doutra parte, caendo morto un tenente da Guarda Civil e un soldado de infantería". A resistencia, alongaríase durante máis tempo no rural da cidade, tras erguer os rebeldes barricadas, porén, estas nada puideron facer contra os novos reforzos chegados doutras partes da Galiza. O cárcere en Cádiz e o exilio en Portugal A derrota do levantamento abriría a porta á represión dos rebeldes e dos seus dirixentes. Unha parte destes, entre os que se atopaban os cadros máis significados como Francisco Casanova, Alejandro Quereizaeta, José Gómez, Federico Anta, fuxirían cara a Portugal, levando como reféns ao gobernador civil e militar de Ourense, instalándose posteriormente en Coímbra e retornando a Galiza tras a ser amnistiados en 1871, unha vez proclamada a I República. Outro grupo, milicianos nacionais sen responsabilidade na organización da revolta, serían detidos, procesados e encarcerados, pasando a practica totalidade do seu cativerio na prisión militar da Carraca, en Cádiz. Alejandro Quereizaeta, nun artigo publicado en La Igualdad en 1870 desde o seu exilio en Coimbra, dirixido aos seus compañeiros recentemente liberados, sinalaba "Queridos correlixionarios ao fin vos atopades na nosa querida cidade, após sufrir a sorte reservada aos defensores da xustiza, aos que aman a Galiza e a humanidade". A revolta ourensán de outubro de 1869 non foi un feito illado. Vincúlase con diversas mobilizacións e actos de protesta en diversos puntos da Galiza contra a constitución de 1869, que non só confirmou a monarquía, senón que defraudou as esperanzas da sociedade galega dunha mudanza política que revertera o proxecto centralizador no territorial e liberal económico imposto pola oligarquía española ao longo do século XIX.
NOS_2109
Un xulgado de Ferrol condénao a pagar 1.260 euros a raíz dunha denuncia presentada por tres militares.
Un xulgado vén de condenar un sindicalista da CIG a pagar unha multa de 1.260 euros por considerar que foi responsábel dun delito de "aldraxes a España". A sentenza, á que tivo acceso La Voz de Galicia, chega un ano despois do xuízo, que decorreu a principios de 2017. Segundo afirmaba daquela o sindicato nacionalista, o xuízo tiña lugar a raíz da denuncia que tres militares presentaron contra o sindicalista por supostas faltas de respecto á bandeira española durante o izado da mesma no Arsenal. Un izado de bandeira que coincidía coas protestas laborais que realizaban as traballadores de Cleanet, a empresa que se encargaba da limpeza nas instalacións militares e que pedían que se lles pagasen os salarios adebedados. No marco daquel conflito, no que as traballadoras levaban meses sen cobrar, a CIG-Servizos tivo que presentar denuncia contra o Ministerio de Defensa por vulneración do dereito á greve, xa que o propio persoal militar estaba a realizar as tarefas de limpeza.
NOS_35689
Cheira a magosto mais non só de castañas se vive nesta estación.
Temos acabadiña de estrear a nova estación e gastronomicamente iso é unha moi boa nova. Certo é que deixamos atrás o verán, que para moitos é motivo sempre de alegría, festas e tamén época de verduras e froitas espectaculares. Atrás deixamos xa as cereixas, e ímonos despedindo das sandías, dos tomates e cogombros da horta... Mais cheira ou non cheira xa a magosto? A nós agardábanos a familia a fin de semana pasada xa cun bo saco de castañas e xa nos demos unha boa fartada. Porén, aquí non vos imos falar só de castañas senón tamén dalgúns produtos que cremos que debedes aproveitar neste outono e sacarlle o máximo proveito á tempada. Tivemos que facer unha dura selección deixando fóra xoias que aquí neste frigorífico son fixos de época: berenxenas, cenorias, pementos... aínda que no blogue tedes receitas con todos estes produtos. Comezamos por un clásico: os cogomelos. Non sei vós, mais nesta casa temos un almanaque para as festas gastronómicas e outubro e novembro teñen eventos micolóxicos por todos lados. Como non! Aquí si podemos dicir sen medo a nos equivocar que por moitos champiñóns e cogomelos que comamos todo o ano, nada ten que ver coa maxia daqueles provenientes das nosas fragas. Iso si, o caso era saber recoñecelos e apañalos. E nós temos que nos conformar con encontralos nalgunha feira para gozar a súa elaboración. Aquí vos deixamos unha receita e algunha outra idea. Lasaña de espinacas e cogomelos Ingredientes (para 6 persoas):— 15 láminas de lasaña— 500 gr de espinacas— 250 gr de cogomelos— 1 cebola— 1 bóla de mozzarella— Queixo relado— Aceite— Allo en po— Pementa moída— Estragón— Un chisco de salPara o falso bechamel:— 400 ml de leite desnatado— 2 cabaciñas— Pementa moída— Noz moscada— Un chisco de sal Elaboración: Para comezar, elaboramos o falso bechamel. Para iso, temos de lavar e cortar as cabaciñas e cocelas no leite durante 20-25 minutos. De seguir, trituramos co batedor e sazonamos cun chisco de sal e pementa moída e noz moscada ao gusto. Reservamos. A continuación, picamos finamente a cebola e rustrímola en dúas culleradas de aceite. Cando estea brandiña, engadimos os cogomelos tamén picadiños e mesturamos moi ben. Cociñamos 3-4 minutos e e engadimos as espinacas. Cociñamos até que fagan as espinacas. Sazonamos co estragón, o allo en po, a pementa moída e o chisco de sal. E chegou a hora de montar a nosa lasaña! Pintamos o fondo da fonte cun pouco de bechamel e colocamos as placas de lasaña de modo que cubran todo o fondo; se é preciso cortade algunha lámina. Botamos unha pouca de bechamel, a metade do recheo e a metade da mozzarella. Repetimos a operación (láminas de lasaña, bechamel, recheo e queixo) e cubrimos cunha última capa de placas de pasta, botamos un chisco máis de bechamel e o queixo relado ao gusto (nós utilizamos unha mestura de catro queixos). Enfornamos a 220 graos, gratinador e ventilador ou calor arriba e abaixo, durante 20-25 minutos. Temos que ter en conta as instrucións da lasaña, as nosas placas precisaban sobre 20 minutos para cociñarse ben. A cabaza cada vez ten máis soa por estas datas aínda que cremos que esta fama se debe máis a unha moda estética e festiva ligada ao Samaín que a criterios culinarios. De feito, a nós sorpréndenos moito ver como se venden en supermercados cabazas unicamente para decorar e non válidas para o consumo. Será que na nosa casa sempre se aproveitou o de dentro e se xogou co exterior para a decoración terrorífica. Sexa como for, o caso é que aquí o cultivo de cabazas si ten longo percorrido. Para quen viva na aldea ou teña xente nela non será ningunha novidade o agasallo de cabazas xa que se dan moi ben e adoita haber abundancia. Así pois, nós sempre temos algún recurso como este para certas ocasións en que a fortuna nos sorrí e chega un calacú ás nosas mans. Ollo con esta, que é toda unha lambetada! Chulas de cabaza Ingredientes:— 250 g de cabaza— 100 g de fariña— 3 ovos— 2 culleradas de azucre— 1 sobre de lévedo en po— Aceite de oliva— Auga— Para decorar (opcional): azucre glas Utensilios: unha pota, unha cunca, un batedor manual, unha tixola, unha peneira, un garfo e dúas culleres. Elaboración: Para comezarmos, temos de pelar e cortar a cabaza. Cocémola 40 min para que abrande. De seguir, escoámola e triturámola coa axuda dun garfo. Poñémola nunha peneira para eliminarmos o exceso de auga. Engadímoslle os ovos e mesturamos moi ben. Agregamos o azucre e remexemos de novo. Botamos, pouco a pouco, a fariña mesturada co lévedo. A continuación, quentamos unha tixola con abundante aceite e, coa axuda dunha culler, engadimos culleradas de masa. O lume deberá estar medio alto (sobre 6-7 na vitro).Deixamos que se fagan polos dous lados e retirámolas sobre papel vexetal para eliminar o exceso de aceite. Deixamos arrefriar un pouco e, se queremos, podémolas empoar co azucre. E xa estarían preparadas para comer! Agardamos que vos gusten. E a xoia da coroa, a castaña. O magosto é (ou debería ser) o gran festexo do outono, no que honramos os nosos soutos centenarios e que adoitaba ir historicamente vinculado ao Día de Defuntos ou Todos os Santos, aínda que esa conexión se foi diluíndo polo auxe progresivo do Samaín. Falamos dun froito seco diferente, cunha achega nutritiva altísima e que dá xogo para deter o tempo deste mundo veloz en que vivimos. As castañas asadas gozámolas nas mans que nos van arrequecendo ao tempo que nos preparamos para depelicar e degustar o que para moitos de nós é un manxar. É dicir, non é unha merenda ou sobremesa rápida senón que pide de compaña, de calma e de conversa. Que non falten nunca as castañas para termos un bo outono. Aínda que nós cremos que a mellor preparación deste produto é o asado tradicional, o que se adoita facer en moitas casas en antigo tambor de lavadora ou nun bidón, a castaña ofrece múltiplas posibilidades para crear gastronomía. Se vos sobran unhas poucas, gardádeas e probade isto: Croquetas castañas e queixo Ingredientes:— 12-13 castañas— 60 g de queixo— ½ cebola— 500 ml de leite— 50 g de fariña— 50 g de manteiga— Pementa moída— Sal— Para empanar: ovo batido, fariña e pan relado Elaboración: Para comezarmos, cocemos as castañas. Quitámoslles a pel e reservamos. De seguir, temos de rustrir a cebola na manteiga. Agregamos a fariña e mesturamos moi ben. Imos botando o leite, mellor morno, pouco a pouco, até que se integre totalmente. Cando empece a espesar a mestura, agregamos as castañas, ben picadiñas, e o queixo en anacos. Cociñamos até que a masa se empece a despegar da tixola. A continuación, botámola nun recipiente, pechámola e refrixeramos 2-3 horas. Pasado ese tempo, facemos boliñas e pasámolas por fariña, ovo batido e pan relado. Para fritilas, temos dúas opcións: nunha tixola en abundante aceite ou tamén na fritideira de ar só cun chisco de aceite. Escollades a versión que escollades, van estar deliciosas, xa veredes! Xa vedes, que ninguén minusvalore o outono porque ha de deixar moi bo sabor nos nosos padais. Agardamos que lle tiredes proveito a estas ideas!
NOS_8835
Hai días que teño a sorte de compartir un proxecto de coworking coa música que vos traio hoxe.
É unha muller todo terreo. Para empezar, só fala galego, aínda que ela naceu en Francia, por ese amor á lingua. Abraza un estilo que eu mesma admito non coñecer demasiado, pero hai que intentar beber de todas as músicas posíbeis. Vive en Saumede (A Bola) a 13 minutos de onde o mundo se chama Celanova. A voz desta muller non se acomoda e goza na paisaxe rústica, na conxunción electrónica. Camille Hèdouin, francesa de nacemento, é Mounqup, unha das propostas máis orixinais do panorama musical galego. Mounqup puxa pola simbiose e a creación de atmosferas libres. En certa maneira busca a naturalidade na metamorfose, no xeito máis ledo de sentir e cantar e gozar do momento. Gañadora dun Premio Martín Códax, Camille constrúe a súa música coa forma da vida, nunha auténtica unión de conciencia medioambiental, de vangarda musical e de aposta na forza do rural. Ten dous discos editados, Castro Verdi (2017) e Proba de son (2018), que recomendo que escoitedes na vosa plataforma favorita, pero fago un aviso a navegantes: Mounqup non é unha etiqueta, non é un estilo, é en realidade un río que toma varios feitíos. Cando se escoita un río, primeiro hai que detectar de onde vén ese son. Neste caso, creo que o río quere soar libre, e non hai barreiras que o conteñan, por iso Mounqup soa así, a ela, a voz descuberta. Ademais, na proposta de Mounqup atopamos letras en galego, en francés e en inglés, o que fai que deste proxecto agrome unha cadea de historias diversas. Moitas veces, cando nos achegamos á música electrónica, damos por feito que pertence ao horario nocturno, ou a un colectivo concreto ou mesmo a un circuíto distante. Pode pasar, pero vaia por diante que despois de superar o prexuízo, temos que render o noso corpo ao simple son. Deixarnos levar pola sacudida da memoria muscular e así reaccionar libremente á música. Non digo que sexa fácil, pero podemos comezar por poñer os auriculares e escoitar o tema "Chuvia" (o número cinco no disco Proba de son). Mounqup xoga coa nosa percepción e a súa voz núa chega a nós como auga fresca. A súa música é un golpe na testa e sen dúbida merece ser escoitada en directo, xa que en palabras dela mesma, "é un proxecto para dar caña e rebentar o escenario". Eu non penso máis que en voltar á musica ao vivo. Moito pido por nós aos deuses "lá das estrelas" como diría Narf, pero para superar esta crise, parece que só nos queda a espera, e a continua procura da forza en nós mesmas.
NOS_32118
Impulsado por 'Libres e Iguales', a plataforma de Cayetana Álvarez de Toledo.
A plataforma españolista 'Libres e Iguais' reuniu nun vídeo dirixentes do PP, PSOE, Vox e Cidadáns en defensa de Felipe VI. No vídeo, o presidente do PP, Pablo Casado, o líder de Vox, Santiago Abascal, o presidente de Castela-A Mancha, o socialista Emiliano García Page, e a presidenta de Cs, Inés Arrimadas, entre outros, transmiten o seu apoio á institución monárquica A deputada do PP Cayetana Álvarez de Toledo, impulsora da iniciativa, explicou este domingo que a proposta enviouse a unha "ampla representación das elites españolas" e lamentou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e os ministros declinasen participar. "Lamento que España é un país onde o presidente do goberno non pode dicir un viva o xefe do Estado", criticou. O vídeo ten unha duración de 14 minutos e recolle varias 183 mostras de apoio a Felipe VI. Ademais dos mencionados, aparecen o ex presidente Mariano Raxoi, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso e o presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, entre outros. A 'representación' galega corre a cargo do ex presidente español Mariano Raxoi, Francisco Vázquez, ex alcalde da Coruña, ex secretario xeral do PSdeG e ex embaixador español ante o Vaticano. Tamén de Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional e columnista en La Voz de Galicia; e de Bieito Rubido, director do ABC. "Trátase dunha alegación contra a desidia, o sectarismo e a deslealdade constitucional", defendeu a mesma Álvarez de Toledo, que aposta por unha "gran agrupación democrática constitucionalista española" na cal tamén inclúe a Vox, "para salvar e dar continuidade á Constitución". Non só políticos aparecen neste vídeo. Por el desfilan tamén dramaturgos como Albert Boadella, filósofos como Fernando Savater ou cantantes como Plácido Domingo ou Belén Esteban e Tamara Falcó.. Tamén aparecen toureiros como Francisco Rivera ou xornalistas como Arcadi Espada, Carlos Herrera ou Herman Terstch. Ademais de apoiar a monarquía, a mensaxe do vídeo tamén se centraba na defensa da constitución do 78 e da unidade de España.
NOS_8105
Desde Junho quinze ativistas angolanos estão na cadeia à espera de serem julgados, acusados de "conspiração" para o derrubo do governo de Eduardo dos Santos. Entre eles, um rapeiro luso-angolano com ligação à Galiza, Luaty Beirão, que se aproxima já para os 30 dias em greve de fome.
A finais de Junho 15 pessoas foram detidas em Angola sob a acusação de "conspiração para derrocar o governo", segundo o departamento fiscal. Ficam desde aquela altura em cadeia a aguardarem o seu julgamento, embora já fora ultrapassado o máximo de 90 dias de detenção preventiva que marca a lei. Para denunciarem esta situação, vários dos ativistas permanecem em greve de fome. Entre eles, Luaty Beirão, alcunhado como 'Ikonoklasta', um rapeiro luso-angolano, filho de João Beirão, pessoa muito próxima ao presidente Eduardo dos Santos. Luaty Beirão, de 33 anos, mantén greve de fome desde há quase 30 dias. Não ingere qualquer tipo de alimento a excepção de água com soro. Neste tempo, o seu estado de saúde foi piorando - -perdeu mais de 20 quilogramas de peso-, razão pela qual foi transladado desde a cadeia até o hospital-prisão de São Paulo. 'Ikonoklasta' é um dos artistas que aparece no CD 'Língua Nativa', editado a finais do ano passado pelo selo galego do mesmo nome, um trabalho que reúne 14 músicos de diferentes países. O tema que tem neste disco é 'Marido, pai, bongó'. 'Língua Nativa' uniu a sua voz à vaga internacional que está a pedir, nomeadamente desde os países lusófonos, a liberdade deste rapeiro e dos seus 14 companheiros, aos que se liga ao conhecido como 'Movimento revolucionário'. São considerados por Amnistia Internacional como "presos de consciência". Ao longo destas últimas semanas realizaram-se diversos actos e demonstrações em solidariedade com os 15 angolanos presos em distintos países lusófonos: Brasil, Cabo Verde, Portugal e a própria Angola Desde o círculo de amizades e companheiros dos activistas põe-se a ênfase em que estes foram detidos quando faziam parte duma reunião em que se estavam a debater estratégias de "resistência pacífica" face o que eles chamam o "regime de Dos Santos", que já leva completados 36 anos no governo do país. Eduardo dos Santos está no poder desde 1979 à fronte do MPLA, o antigo movimento guerrilheiro revolucionário que derrocou o colonialismo português. Desde o governante MPLA fizeram apelos a que se "se deixe à justiça fazer o seu trabalho" em relação a estes ativistas. Mais também surgiram vozes da própria organização a amostrarem a sua solidariedade com os ativistas presos, entre elas a do general e secretário provincial de Luanda do MPLA , Bento dos Santos ´Kangamba'. Dos Santos acusou Unita (partido emanado da antiga guerrilha apoiada por EUA, Israel e a Sudáfrica do 'apartheid') de tentar instrumentalizar os activistas presos. Ao longo destas últimas semanas realizaram-se diversos actos e demonstrações em solidariedade com os 15 angolanos presos em distintos países lusófonos: Brasil, Cabo Verde, Portugal e a própria Angola. A reivindicação é a posta em liberdade dos ativistas para que o tempo de espera do seu julgamento o poderem passar nas suas moradas.
QUEPASA_628
Espectacular como van cambiando as clasificacións ao longo do carrusel dominical de www.futboldacosta.com. A xornada deixa moito que analizar.
Por arriba, na Preferente, este SuperFisterra segue facendo soñar aos seus con cousas inimaxibles hai un par de anos. O barco fisterrán mantense a 4 do potente Viveiro que deixou constancia do seu poderío no Carral, vencendo ao Sofán. Ademais, o Xallas parece que comeza a competir pero volvía caer, desta volta pola mínima, en casa. Na 1ª as cousas estanse poñendo bonitas. O Soneira segue con 4 puntos de vantaxe sobre o grupo de perseguidores no que se mete de cheo un Dumbría que vai a máis e que vencía fóra de casa a un rival directo como o Lalín, ao que adianta. Polo medio, empate do Baio no difícil campo de Padrón, e outras dúas vitorias que valen ouro, a segunda do Mazaricos e a primeira do Volantes, que dan un importante empurrón aínda metidos en zona vermella. A xornada da Liga da Costa foi unha fermosa montaña rusa. O Ponteceso estivo empatado un rato co Coristanco, mentres o San Lorenzo colocábase no máis alto ao meterse por diante en Esteiro. Pero a Esteirana remontou, o Ponteceso fixo o segundo, e todo mudou. A táboa queda comandanda polo cadro de Pablo Mallón, cun punto máis que o Corme, que segue dando mostras de poderío (venceu en Lira por 0-4). Esteirana, San Lorenzo e Muros (que non puido co renovado Baíñas na mañá dominical, nun partido con polémica final) fican a 4 do liderato, cun punto máis do Coristanco e 3 dun Muxía que conseguíu volver á senda da vitoria nun complicado partido ante o Cerqueda.Por abaixo, o Buño, xa con Mauro no banquiño (era un segredo a voces) trala substitución de Miguel Rodrígue, caeu con rotundidade no derbi ante o Malpica; Cee e Zas acabaron empatando nun partido tolo; e o Cabana sacou petróleo de Castriz. A xornada na 3ª ratifica ao Camariñas como o equipo a batir. Os de Berto e Abel venceron o derbi ante o Castrelo, e só o Outes e o Camelle, que venceron a Laxe e Castrelo respectivamente, se amosan pola zona alta. Ademais, chegou a primeira vitoria do Seaia de Da Silva. FutFem Non foi mala a xornada para as nosas. Se o Bergantiños descansaba, o Cee e As Miúdas vencían e se manteñen na zona noble. O Mazaricos, pola súa banda, caía na súa visita ao Vista Alegre do grupo santiagués da liga de F7. De Base En Xuvenís, Outes e Soneira comandan a clasificación e escapana, pois o Corme, aínda en zona frouxa, freou ao Seaia, invicto ata o sábado. En Cadetes, Xallas e Cee están líderes, pero a parte alta da clásificación conta con ata 8 equipos en só 5 puntos. Os infantís de Dumbría e Cee están absolutamente intratables e parece que van protagonizar, xunto cos Miúdos e o Outes, unha fermosa batalla. Veteranos O Zas segue invicto na D.H. e endosaba todo un set ao Mazaricos. Por detrás o Mazaricos, e outros dous equipos que non coñecen a derrota, como San Román e Ponteceso. Arasolis e Leiloio seguen mandando na 1ª, por diante de Corme e A Piña. Todas as táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com
NOS_23839
A prensa sistémica devolve a lingua á marxinalidade após os ritos do 17-M namentres La Voz intenta ridiculizar, sen éxito, ao BNG pola súa proposta de legalizar a marihuana.
Sonche unhas risas. Para nen@s pequen@s, claro. Para que unha interesante proposta electoral -que conta co apoio de centos de miles de persoas, responde a unha iniciativa que sae dos movementos sociais e se está a amosar como un éxito noutras partes do mundo- sexa convertida nunha caricatura sen graza, que mestura infantilismo e caspa, só hai que poñer sobre a mesa ao BNG -lanzando unha proposta- e a La Voz de Galicia, intentando ridiculizala como sexa, aínda que ao final quen quere ridiculizado sexa o propio periódico de Sabón. Tópicos de reaccionario e comparacións parvas, con eses elementos decidiron en La Voz afrontar a reivindicación nacionalista -incluída no seu programa electoral- dunha legalización da marihuana semellante á que aplican en Uruguai ou o estado de Colorado. Tratábase de informar dese concepto -apenas tratado pola política institucional galega- e o tema é amplo, dá para consultar expert@s de todo tipo, acudir a consumidores agora obrigad@s a recorrer ao mercado negro, etc... Mais o medio de Santiago Rey preferiu a brincadeira barata: "Se Rajoy fuma puros, o BNG quere fumar porros". Que mágoa de prensa, de verdade, qué mágoa. No ABC, informe especial sobre as bondades dunha gran coalición entre PP e PSOE, por se a alguén lle quedaban dúbidas. Por aí adiante, aliás, algunha enquisa cociñada, a unha semana dos comicios. E, pasado o Día das Letras, o galego volveu ao seu lugar habitual na prensa sistémica do país: a marxinalidade.
NOS_32322
O Goberno estatal limitará a partir da próxima segunda feira ás 8 horas a libre circulación da cidadanía de todo o Estado como medida para frear a expansión do coronavirus.
O Consello de Ministras e Ministros reunido de maneira extraordinaria este sábado aprobou un decreto polo cal só permitirá os movementos de persoas en casos concretos, limitando así a libre circulación a partir das 8 horas. Sinálase que as persoas só poderán circular "polas vías de uso público" en oito supostos, entre eles, a adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade. Tamén se permite saír á rúa para acudir a centros sanitarios, para desprazarse ao lugar de traballo ou para voltar ao lugar de residencia habitual. Permítese saír á rúa para a asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerábel, para acudir a entidades financeiras, "por causa de forza maior ou situación de necesidade" ou para "calquera outra actividade análoga de natureza debidamente xustificada". Os ministros de Defensa, Interior, Transportes e Sanidade terán as competencias para actuar e ditar ordes en todo o Estado baixo a dirección do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante o tempo que se prolongue o estado de alarma, durante os próximos 15 días. Así, Fernando Grande-Marlaska, ministro de Interior, tomará o control da policía autonómica e da local. Poderá acordar de oficio o peche de estradas ou a restrición de vehículos e os axentes da autoridade poderán identificar persoas ou suspender actividades se saltasen as prohibicións, ademais de seren mobilizados xunto ás Forzas Armadas para garantir o subministro alimentario. Sancións Incumprir o estado de alarma baixo o cal se adoptan estas medidas será sancionado, tal e como se recolle no artigo 20 do borrador do Real Decreto que arestora discute o Consello de Ministros. O texto non especifica as sancións, mais remítese ao texto da lei no que se precisa que se o incumprimento é por parte dunha autoridade, esta pode perder parte das súas facultades. Coñeceranse máis detalles cando compareza perante os medios de comunicación o presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, cuxa comparecencia foi atrasada ao faceren os ministros e ministras un receso na reunión. Urkullu pide respecto ao autogoberno O lehendakari, Íñigo Urkullu, revelou este sábado que na sexta feira mantivo unha reunión con Pedro Sánchez para instalo a respectar o "modelo territorial do Estado, a configuración en base ao ordenamento xurídico e o autogoberno". "Valorando a perfecta coordinación e comunicacións existentes no ámbito sanitario, resultaríame estraño que houbese outras directrices ou medidas do Goberno estatal", engadiu. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, non sinalou nada ao respecto.
NOS_11542
A banda galega participou esta quinta feira nunha rolda de prensa de RTVE para dar a coñecer as caras que competirán no recuperado Festival de Benidorm para gañar o pase a Eurovisión 2022. Após cantar en directo un pequeno fragmento da súa proposta, as galegas chamaron a atención da competencia e tamén do público a través das redes sociais. Aliás, aproveitaron para facer unha reivindicación polas linguas minorizadas.
O altofalante que está a supor para Tanxugueiras ao Festival de Benidorm e, en consecuencia, a Eurovisión 2022, non ten comparación e Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olalla Maneiro están sabendo aproveitar a oportunidade de darse a coñecer máis aló da Galiza. Malia que si tiñan presenza en certos círculos noutros territorios, agora son grandes protagonistas da actualidade grazas a Terra unha canción de raíces con anotacións reivindicativas que está dando moitos vídeos de reaccións en plataformas como Youtube. Tamén moitas escoitas nas principais redes de descargas de música. Pero quedaba escoitalas en directo e na presentación decorrida esta quinta feira en RTVE non defraudaron. Sen unha das compoñentes, sen base musical e sen posta en escea... A pesar de todo iso as voces das galegas lograban sorprender tanto ao resto de candidatas e candidatos como ao público en xeral, que así o foi trasladando ao longo das últimas horas nas redes sociais. Nos hemos quedado con ganas de más, Tanxugueiras (@tanxugueiras). ¡Qué bonito! #BenidormFest #ElFestivalQueQuieres https://t.co/OJALzgSrqQ pic.twitter.com/l4YRjMsUIe— Eurovisión RTVE (@eurovision_tve) December 23, 2021 Mais Tanxugueiras non se está a limitar ao estrictamente musical nas súas aparicións na televisión pública do Estado español, pois están dando voz a diversas reivindicacións. Interrogadas sobre a orixe do tema que levan -que algunhas eurofanáticas consideran "menos comercial que Figa" pero ao tempo "máis épico"-, Aida Tarrío explicou que xurdiu "do desexo de normalizar dunha vez por todas as linguas cooficiais e que a cultura galega, así como todas as demais de España, teñan o seu espazo nos palcos como é Eurovisión". Pola súa banda, Sabela Maneiro quixo deixar claro que "é un soño que sexa a primeira vez que se consigue que unha lingua cooficial estea neste tipo de actos e certames". En todo caso, garantiu que de chegar a Eurovisión van ser representantes non só da Galiza, senón de todos os territorios do Estado. Unha das loitas que están levando con humor as candidatas galegas a representar ao Estado español no festival que decorrerá en Turín en maio do próximo ano é a pronunciación do seu nome. Así o vivían coa presentadora do acto. Así se pronuncia el nombre de Tanxugueiras (@tanxugueiras). ¡A practicar! #BenidormFest #ElFestivalQueQuieres https://t.co/OJALzgSrqQ pic.twitter.com/1lwBSDIyJd— Eurovisión RTVE (@eurovision_tve) December 23, 2021 O momento de coñecer o que acontece con esta proposta do país será os días 26, 27 e 29 de xaneiro, nunhas galas presentadas por Alaska, Máxim Huerta e Inés Hernand.
NOS_58484
O deputado nacionalista Néstor Rego considera un "despropósito" que o Goberno propoña que as menores poidan ir a supermercados, que son zonas de risco, e non a un parque público.
O BNG rexistrou esta terza feira no Congreso unha proposta de modificación á solicitude de prórroga do estado de alarma do Goberno para prever que os menores de 14 anos poidan saír durante un máximo de unha hora diaria a espazos públicos como prazas, parques e lugares abertos, sempre acompañados dunha persoa adulta e mantendo as distancias e precaución necesarias. O deputado do BNG, Néstor Rego, considera un "despropósito" que o Goberno prevea permitir que as menores poidan acompañar persoas adultas a supermercados, que son "lugares de alto risco de contaxio", e non a un espazo público "no que é máis fácil manter as distancias e a seguranza". Rego sinalou que "só con mentalidade típica da Castellana, desde o descoñecemento de realidades como a da Galiza, se poden entender propostas como a que acaba de avanzar o Goberno. Tamén aquí se pode comprobar os efectos perversos do centralismo, de pretender decidir todo desde Madrid, de costas á nosa realidade e as nosas necesidades". Na proposta de modificación presentada polo BNG ao artigo 4.2. do texto presentado polo Executivo presidido por Pedro Sánchez recóllese ademais que as menores "por razóns de seguridade non poderán utilizar os parques infantís nin outras instalacións públicas de ocio similares". Asemade, o BNG proporá "que se reverta o proceso de centralización do mando na crise sanitaria, após a constatación de que foi ineficaz e, por tanto un erro". Nese sentido, a proposta da formación nacionalista é que sexa competencia do Goberno galego, e dos gobernos do resto dos territorios estatais, "deseñar e executar os Plans de desescalada ou de redución paulatina das medidas derivadas do Real Decreto do estado de alarma dentro do seu ámbito territorial e competencial".
NOS_37281
Todo naceu a partir dunha actividade escolar e Guadi Galego rematou cantando en Navantia (Ferrol) acompañada nas voces por un milleiro de nenos e nenas que a seguiron. [Vídeo no interior]
O Centro de Formación e Recursos de Ferrol argallou un curso chamado "O coro escolar como actividade integradora" para estimular a creación de coros escolares a partir do repertorio de músicos galegos actuais. E a partir de aí a cousa rematou con Guadi Galego cantando nunha nave de Navantia acompañada de Guillerme Fernández á guitarra, e máis de mil rapaces e rapazas nas voces, dirixidos por Ramón Bermejo, director tamén do coñecido Coro da Rá. O tema é "Chea de vida", do seu anterior disco, 'Luas de outubro e novembro', composto por Pachi García. A propia artista amosábase emocionada nas redes sociais ao presentar o vídeo: "Así foi como Cheas de vida tomamos Navantia... Unha experiencia alucinante para min,como artista e como mestra". "É unha experiencia moi valente e moi necesaria para todo o que ten que ver coa educación", defendeu a propia Guadi. "Sobre todo cando se está a traballando o canto coral, que ten moito que ver coa música e con outras actividades artísticas que desde a educación debemos fomentar porque é a base fundamental para o traballo emocional, que é o que nos falta na docencia". No mesmo sentido ían as palabras de Guillerme Fernández: "É unha iniciativa marabillosa para achegarlle a música do país aos nenos, de vivir a música de perto cos propios artistas, eu penso que esta vai ser unha iniciativa moi envexada por moitos mestres de moitos lugares do país e espero que se reproduza noutros sitios con outros nenos e con outros artistas".
PRAZA_19940
Aos europeos de hoxe, tan a miúdo frívolos nas nosas críticas á Unión Europea, convennos lembrar que hai tan só 75 anos, un dos nosos compatriotas máis lúcidos, incapaz de soportar a distancia que o separaba do fogar arrasado pola barbarie, tomou unha decisión: a de despedirse de nós desexándonos que puidésemos ver a aurora.
Este sería o título da película se o orixinal en alemán se traducise fielmente. Referímonos ao filme de 2016 da actriz e directora alemá Maria Schrader, que acaba de chegar ás nosas pantallas baixo o título Stefan Zweig: adeus a Europa. Se a fidelidade é sempre desexábel na tradución por unha elemental cuestión de rigor, de pudor e de respecto, neste caso sería ademais imprescindíbel, xa que o título parece inspirarse na conmovedora carta de despedida que Zweig redacta en 1942 en Petrópolis, a súa derradeira morada preto de Río de Janeiro, antes de se suicidar en compaña da súa segunda muller. Na carta deséxalles a todos os seus amigos que, tras a longa noite, poidan aínda ver a aurora. A fita narra, en efecto, a última etapa da vida de Zweig, a partir de 1936. Certamente, fáltanlle virtudes para poder ser considerada unha obra de arte. Malia o seu grande interese, sobre todo para a lexión de admiradores de Zweig, peca dun certo esquematismo na representación do protagonista, que quizais impida unha maior profundización nos seus conflitos íntimos. Se o filme resulta en xeral algo frío, o suicidio da parella abórdase sen dúbida con demasiada contención (até certo punto comprensíbel, se temos en conta a cantidade de especulacións que desatou este episodio aínda enigmático), o cal limita a posibilidade de entendermos a radical incapacidade de Zweig de asumir o colapso estrepitoso do seu universo. O que non se pode negar é que o filme de Schrader nos permite albiscar varias facetas da personalidade de Zweig, complexa e non sempre facilmente comprensíbel: a do Zweig intelectual que concibe a súa condición como a de alguén que debe ser xusto, que debe procurar entender o contrario, mesmo o inimigo; a do Zweig europeísta, que proclama a súa fe nunha Europa libre e en calma; a do Zweig pacifista, que non pode aceptar que a oposición se dirixa contra Alemaña (contra a Alemaña nazi!) e non contra a guerra en si; a do Zweig que, lonxe da súa amada Europa –tras fuxir do conflito máis brutal do século XX– e definitivamente superado –tamén como xudeu– pola monstruosidade do nazismo, resulta fatalmente disfuncional, incapaz de facerse comprender e de satisfacer as expectativas políticas depositadas nel. Nacido no seo dunha familia burguesa austríaca, Zweig foi un home sensíbel e empático, un intelectual cunha cultura vastísima e un escritor cuxos luminosos e emocionantes libros seguen a lerse en todo o planeta. Dá a sensación, porén, de que tivo enormes problemas para entender o panxermanismo e o nacionalsocialismo, como se o amor por Europa, a súa sagrada patria espiritual, non lle deixase espazo emocional e intelectual abondo para esa tarefa. Nin tampouco para a tarefa de vivir. Aos europeos de hoxe, tan a miúdo frívolos nas nosas críticas á Unión Europea, convennos lembrar que hai tan só 75 anos, un dos nosos compatriotas máis lúcidos, incapaz de soportar a distancia que o separaba do fogar arrasado pola barbarie, tomou unha decisión: a de despedirse de nós desexándonos que puidésemos ver a aurora.
PRAZA_8106
SOS Sanidade Pública, PSdeG, AGE e BNG critican a xestión da Consellaria de Sanidade e denuncian o colapso hospitalario. Unha manifestación protestará o 14 de marzo en Vigo contra a privatización da xestión sanitaria.
"Consideramos inaceptable que o presidente da Xunta intente culpabilizar os profesionais da morte desta muller. É algo escandaloso. Quere botar a cidadanía contra os traballadores". Fala Manuel Martín, de SOS Sanidade Pública, en referencias ás declaracións que este xoves realizaba Alberto Núñez Feijoo que afirmou que cumpría investigar o falecemento dunha muller no servizo de Urxencias do Hospital de Vigo porque no diagnóstico previo "non se deducira unha situación de emerxencia ou de urxencia grave". "A situación do hospital vén sendo denunciada dende hai tempo. Faltan camas, faltan quirófanos, faltan boxes de urxencias. É urxente que un novo hospital repare esta situación" Martín lembra que a plataforma leva moito tempo denunciando as amplas listas de espera dos hospitais da área sanitaria de Vigo a falta de camas e a derivación de pacientes cara os centros privados: "a situación do hospital vén sendo denunciada dende hai tempo. Faltan camas, faltan quirófanos, faltan boxes de urxencias. É urxente que un novo hospital repare esta situación, que fai que Vigo sufra as peores listas de espera de toda Galicia e que este sexa o hospital máis vello de todo o Estado". O voceiro da plataforma sinala o problema estrutural que se atopa na base deste colapso: "a Xunta leva un atraso de tres anos na apertura do novo hospital polo seu empenamento en que o hospital teña financiamento privado. O hospital está parado mentres a xente está morrendo". Unha manifestación protestará o 14 de marzo en Vigo contra o proxectado hospital de xestión privada. "A xente apoia rotundamente a sanidade pública e a única maneira de que a xente mude a súa posición con respecto á sanidade pública é xerar este deterioro" Para Manuel Martín os recortes teñen o obxectivo final de degradar o sistema sanitario público para facilitar a súa privatización: "A xente apoia rotundamente a sanidade pública e a única maneira de que a xente mude a súa posición con respecto á sanidade pública é xerar este deterioro". Pero salienta que "a cidadanía está manifestando o seu apoio rotundo e está manifestándose xunto cos profesionais pola sanidade pública". "Privatización encuberta" Eva Solla: "É un problema que vai máis aló das urxencias, porque hai unha falta de camas. Mesmo no verán podemos ver pacientes nos pasillos porque hai plantas pechadas para aforrar persoal" A deputada de AGE Eva Solla salienta que a situación de colapso que se puxo en evidencia do servizo de urxencias de Vigo repítese noutros lugares, coma A Coruña ou Ferrol. Solla sinala que "é certo que todos os anos se produce un aumento das incidencias por problemas respiratorios. Pero este tipo de picos hai que prevelos" e engade que "é un problema que vai máis aló das urxencias, porque hai unha falta de camas. Mesmo no verán podemos ver pacientes nos pasillos porque hai plantas pechadas para aforrar persoal". "Cando hai falta de camas estase derivando por sistema os pacientes aos centros privados e isto é unha privatización encuberta da sanidade" Solla estende a denuncia a un intento "de privatización encuberta" do servizo: "cando hai falta de camas estase derivando por sistema os pacientes aos centros privados e isto é unha privatización encuberta da sanidade". E salienta que "a xente que recibe a súa atención sanitaria pública en Povisa ten dereito a recibila nun hospital público". Para Solla, "tal e como está proxectado o novo hospital e o tamaño que finalmente vai ter non vai garantir as camas suficientes para a área sanitaria de Vigo". Por ese motivo aposta "pola recuperación da concesión para que a xestión sexa pública". Críticas no Parlamento Carlos Aymerich manifestou que "os recortes do Partido popular en materia de sanidade matan e reducen a calidade e esperanza de vida" De igual xeito o deputado do BNG Carlos Aymerich manifestou que "os recortes do Partido popular en materia de sanidade matan e reducen a calidade e esperanza de vida". Aymerich cualificou de "propaganda" a intervención do director xeral de Atención Sanitaria na presentación, en comisión parlamentaria, do Programa galego de detección precoz de cancro de colon e criticou que o Sergas "continúe utilizando de escudos humanos os profesionais sanitarios en vez de asumir que os colapsos nos centros de urxencias e a redución de recursos humanos son responsabilidade da Administración pública. Carmen Acuña afirma que o suceso "cuestiona moi seriamente a xestión que está a desenvolver o goberno de Feijóo nesta área sobre a que ten as máximas competencias Tamén a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiulle hoxe á Xunta que explique no Parlamento as circunstancias que provocaron o falecemento da muller en urxencias. Sinala que estes servizos "estanse a facer tristemente famosos polos colapsos continuados", chegando ao límite "onte co falecemento dunha muller mentres esperaba a ser atendida". Acuña afirmou que o suceso "cuestiona moi seriamente a xestión que está a desenvolver o goberno de Feijóo nesta área sobre a que ten as máximas competencias" e apunta que este feito "se ven sumar ás imaxes do mal funcionamento destes servizos básicos" con "padiolas acumulándose en condicións infrahumanas, anciáns que pasan días recibindo o tratamento nun sillón por carecer de cama ou as ambulancias paralizadas sen poder introducir aos doentes por carecer de padiolas".
PRAZA_897
Agustín Hernández presenta a súa lista, da que caen os sete edís que quedaron absoltos tras ser inhabilitados por prevaricación. Negreira, na Coruña, inclúe a ex apoderada da construtora máis beneficiada por investimentos municipais o ano pasado, e Rey Varela deixa fóra catro concelleiros.
O PP de Compostela, A Coruña e Ferrol presentaron este sábado cadansúas listas para as eleccións municipais do 24 de maio. Nunha mestura de renovación e continuidade, Agustín Hernández, Carlos Negreira e José Manuel Rey Varela afrontan os comicios coa intención de renovar o seu mandato á fronte da alcaldía nunhas cidades onde as maiorías absolutas que agora ostenta a formación parecen moito máis complicadas de repetir que hai catro anos. Agustín Hernández mantén na súa lista os edís que o acompañaron pero deixa fóra os ste absoltos logo de ser inhabilitados O candidato e alcalde compostelán, Agustín Hernández, mantén os edís que incorporou á súa chegada ao executivo local pero deixa fóra os sete que foron absoltos logo de ser inhabilitados por un delito de prevaricación, así como a Reyes Leis e a Ramón Quiroga. Afasta os afectados por unha sentenza que o lanzaron á alcaldía. Así, mantén nos postos de saída a seis dos concelleiros que se incorporaron xunto a el á vida municipal, pero a partir do número tres da lista, xa que o dous vai destinado a Pepa Castro, actual secretaria xeral do Valedor do Pobo. O actual rexedor aclara que cre na "honorabilidade" dos sete concelleiros absoltos tras ser condenados a nove anos de inhabilitación tras aclarar que xa dixo que "non ía aceptar ningún tipo de condicionante respecto do equipo" que o vai acompañar e que esta nova candidatura "fala de futuro". Así, no primeiro tramo da lista mantéñense Alejandro Sánchez Brunete, María Antón, Teresa Gutiérrez, María Corral, Manuel Martínez e Teresa Cancelo e incorpóranse Claudio Montiel, Pedro Rey, Luis Boo, Irene Garrido ou Aimara Gamallo. Carlos Negreira sitúa de número 6 a ex apoderada da construtora máis beneficiada polo Concello o ano pasado Na Coruña, pola súa banda, o popular Carlos Negreira presentou tamén a súa candidatura con catro caras novas entre os seis primeiros postos da lista. Son a farmacéutica Rosa Lendoiro, no 3; o economista Carlos Sánchez-Tembleque, no 4; a ex vicepresidenta de Jóvenes Emprearios, Lucía Canabal, no 5; e a enxeñeira Susana Lenguas, no 6. Caen Julio Flores, tras a súa imputación na operación Pokémon, ou a concelleira de Cultura, Ana Fernández, ademais de Juan de Dios Ruano, xa no Congreso, ou Carmen Hervada. Formacións como a Marea Atlántica xa destacaron o "escandaloso" dunha lista que, como lembra o seu candidato Xulio Ferreiro, é "moi significativa dos intereses que defende o PP". Así, a plataforma cidadá destaca que ata setembro do ano pasado Susana Lenguas foi "apoderada da Construtora Arias Hermanos, que foi a máis beneficiada polo investimento en obras do Concello o ano pasado, cando acadou 8,3 millóns de euros municipais, segundo datos da propia Asociación de Construtoras". Ao tempo, destacan que peche a lista Beatriz Mato, conselleira de Traballo e "salpicada polo escándalo da operación Zeta". Rey Varela deixa fóra da súa lista en Ferrol a catro concelleiros En Ferrol, pola súa banda, o popular Rey Varela deixou fóra da súa lista a catro concelleiros. O número dous ocúpao o actual presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, seguido da actual voceira do goberno municipal, Martina Neiras, do concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, e de Susana Martínez, concelleira de Festas. Fóra quedaron os edís Pablo Cal, Borja Carro, Manuel Reyes e José Polo. Tamén neste sábado, e nun concorrido acto en Celanova, medio milleiros de alcaldes, concelleirso e militantes do PP da provincia de Ourense proclamaron a Manuel Baltar como candidato á presidencia da Deputación.
NOS_54156
Román Rodríguez afirmou que o Pazo de Meirás "deixou de ser" un asunto "prioritario".
O deputado do PP no Parlamento galego Alberto Pazos Couñago asegurou esta cuarta feira que "curiosamente, para os galegos resulta máis complicado acceder ao Pazo de Meirás cando está a ser custodiado polo Goberno que cando estaba en mans da familia Franco". A Xustiza insta o Estado a especificar "que bens" de Meirás reclama na demanda contra os Franco O deputado popular fixo esta reflexión durante unha pregunta parlamentaria ao conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, sobre a situación do Pazo de Meirás. Segundo Pazos Couñago, asociacións pola memoria ou a propia Xunta solicitaron permisos e o Goberno español "dixo que non". "Isto está a pasar co silencio dos que non hai moito tempo exixían a apertura, pero agora calan e rinse", alegou. A Xunta súmase á demanda do Estado polos bens de Meirás despois das críticas pola "inacción" O deputado tamén manifestou que non "sospeitaban" que o Estado español "ía gardar debaixo da alfombra" as chaves e "botar o cadeado". Resposta de Román Rodríguez Na súa quenda de intervención, Román Rodríguez destacou que o labor de "solvencia" da asesoría xurídica da Xunta e da Avogacía do Estado permitiu recuperar a titularidade do Pazo de Meirás, pero afirmou ter a "sensación" de que o Pazo de Meirás "deixou de ser" un asunto "prioritario". Peritos advirten do valor histórico dos bens de Meirás Rodríguez sinalou que "as chaves están en mans do Estado" pero o pazo está "pechado" desde a súa incorporación ao patrimonio público, algo que é "indubidábel" e que, a pesar de que se solicitaron permisos para poder facer actos, foron "denegados". "Non é positivo para a cidadanía", subliñou o conselleiro, para despois preguntarse "como é posíbel o que está a pasar".
NOS_18144
Unha axeitada hidratación e eludir o sol nas horas de máxima calor son as principais recomendacións das persoas expertas.
Hidratarse con frecuencia Evitar comidas pesadas Limitar a práctica deportiva Levar roupa lixeira Fuxir das horas de máxima calor Ventilar os interiores Unha masa de ar cálido procedente do norte do continente africano axexa estes días o país. O Goberno galego situou a pasada semana medio centenar de concellos en nivel máximo de alerta por mor da vaga de calor, unha advertencia que nas últimas horas vén de se estender á totalidade do país. As altas temperaturas, que en moitos puntos da Galiza ascenden por riba dos 40 graos centígrados, poden provocar un aumento das patoloxías asociadas á calor durante os próximos días. Velaquí unha serie de consellos para facer fronte a esta climatoloxía adversa. A alerta máxima pola vaga de calor esténdese ao conxunto da Galiza até a sexta feira Hidratarse con frecuencia A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda, por norma xeral, a inxesta de entre 1,5 e 2 litros de auga por día. Porén, nestes días de elevadas temperaturas, cómpre beber máis de dous litros diarios de, sobre todo, auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Mais a cantidade exacta depende de diversos factores como, por exemplo, a estatura e peso de cada persoa. Sexa como for, non se debe agardar a ter sede para tomar líquidos. As persoas expertas non aconsellan, pola contra, a inxesta de bebidas quentes, alcólicas, azucradas, café ou té. Evitar comidas pesadas Cómpre, aliás, evitar as comidas pesadas ou en cantidades moi abundantes. É preferíbel comer máis veces ao día que habitualmente, mais en menor cantidade. O consumo de froitas e verduras é especialmente recomendábel. Pratos fresquiños para o verán Limitar a práctica deportiva A vaga de calor non é incompatíbel coa práctica deportiva, mais si cómpre evitala nas horas centrais do día, nomeadamente entre as 12 e as 17 horas, cando a calor é máis abafante. Aconséllase practicar deporte a primeira hora da mañá ou a última da tarde, así como utilizar roupa curta, tecidos cómodos e transpirábeis e protexer a pel con crema solar. Levar roupa lixeira Estas últimas recomendacións para o deporte poden extrapolarse a calquera exposición ao sol durante o día. Así, son recomendábeis os tecidos naturais, lixeiros, folgados e de cores claras, así como portar lentes de sol e aplicar na pel crema protectora —coa maior protección posíbel, nunca inferior a 20—. Fuxir das horas de máxima calor A calquera hora, mais especialmente cando máis forte bate o sol, débense buscar zonas con sombra e fuxir da exposición directa para evitar posíbeis insolacións, para o que tamén cómpre levar gorra ou chapeu. Non se debe, en ningún caso, durmir durante un tempo prolongado tomando o sol, e as autoridades tamén desaconsellan ir á praia nesas horas de maiores temperaturas. Prohibido ouriñar no mar: estas son as infraccións que poderías cometer nas praias de Vigo e Sanxenxo Ventilar os interiores pola noite No interior dos edificios é preciso buscar espazos ventilados ou acondicionados e utilizar as estancias máis frescas da vivenda. Durante o día cómpre baixar as persianas e fechar as xanelas, mentres pola noite deben abrirse para ventilar. Cando máis pega o sol recoméndase unha ducha con auga morna, nunca moi quente ou demasiado fría, xa que isto podería alterar de forma drástica a temperatura corporal e provocar baixadas de tensión.
PRAZA_11132
Educación suprime a unidade malia a iniciativa municipal que cedeu de balde vivendas ás que finalmente só chegou unha parella con dous pequenos. A alcaldesa mantén o proxecto e pide "colaboración e empatía" contra o despoboamento no rural
Non puido ser. A Consellería de Educación tomou a decisión de suprimir a aula de Infantil do colexio público de Trabada ao non chegar ao número mínimo de alumnos esixido para mantela. Así o confirmou este luns o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que advertiu dunha medida que chega malia a novidosa iniciativa municipal que parecía ter salvado a unidade. No pasado verán, o Concello de Trabada lanzou un anuncio no que ofrecía vivenda de balde ás familias con nenos de nenas entre 3 e 6 anos co obxectivo de asegurar a continuidade da unidade de Infantil no colexio. O centro contaba con 33 nenos e nenas matriculadas entre Infantil e Primaria, pero para este curso tan só estaban inscritos dous cativos de entre 3 e 6 anos, lonxe do mínimo de seis fixado pola Xunta. Á oferta de vivenda sumárase a posibilidade de acceder a un emprego para algún dos proxenitores, dado o interese amosado por empresarios da vila que querían contribuír así a salvar a aula.A Xunta suprime a aula de Infantil ao non chegar a un mínimo de seis alumnos e malia que unha familia chegada de Guadalajara matriculou dous xemelgosNumerosas familias accederon á oferta e finalmente tres foran seleccionadas ao cumpriren os requisitos. A primeira, unha de orixe senegalesa que residía na Coruña e con tres fillos de 2, 4 e 6 anos que tivo que renunciar finalmente por motivos laborais. Outra, de Ferrol e con cativos de 3 e 4 anos, marchou ás poucas horas de chegar. Unha de Guadalajara, que continúa en Trabada, si acabou ocupando unha das dúas casas rehabilitadas polo Concello e escolarizou dous xemelgos de 4 anos en Infantil e outra filla en Primaria. Malia todo, os catro pequenos en Infantil non son suficientes para a Xunta, que decidiu suprimir a aula. "Desde o Concello, sen ter competencias en educación, impulsamos este proxecto en colaboración co equipo docente do colexio; non se cumpriu o obxectivo agora, pero imos seguir coa iniciativa", di a alcaldesa, Mayra García, que anuncia que unha das vivendas rehabilitadas segue dispoñible e nas mesmas condicións para as familias interesadas e que o municipio xa tramita a petición de axudas para rehabilitar e equipar outra. "En só uns meses é moi difícil solventar a situación, pero con máis tempo seguramente que seremos quen de traer máis xente", di a rexedora, que quere "poñer en valor" a iniciativa levada a cabo "sen ter competencias educativas". Ademais, reclama "a colaboración das administracións, da Deputación e da Xunta", porque, lembra, "un concello en solitario non é capaz de reverter a sangría demográfica, non só en Trabada senón no rural galego". A alcaldesa de Trabada pide "colaboración" e "empatía" ás administracións: "Un concello en solitario non é quen de reverter a sangría demográfica"Nes municipio lucense, ademais, ultímase xa o Punto de Atención á Infancia, unha dotación que atenderá nenas e nenos entre tres meses a tres anos, prestando un servizo educativo e asistencial ás familias do municipio, así como diversos programas de conciliación para o verán e o inverno. "Non hai ningunha outra medida que veña doutras administracións", lembra García, que pide "colaboración", pero tamén "empatía". Porque o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, asegurou que a Consellería de Educación decidiu suprimir a aula para evitar un "agravio comparativo" con outros municipios, dado que "en Navia de Suarna hai cinco alumnos" e en concellos como "Samos e O Courel, catro en cada un", pero "non teñen unidade específica de infantil".O delegado territorial da Xunta asegura que Educación decide suprimir a aula de Infantil para evitar un "agravio comparativo" con outros municipiosAdemais, tamén aproveitou para criticar a iniciativa levada a cabo polo Concello. Recoñece que tivo "moita proxección mediaticamente", pero criticou que desde o municipio "non se adoptasen outro tipo de medidas" para "facer atractiva" a matriculación no colexio da localidade de nenos que son de Trabada e que agora mesmo están escolarizados "mesmo en Asturias".A alcaldesa responde pedindo ao delegado territorial "que a Xunta se aplique e se centre en aplicar mecanismos que eviten estes casos porque son os que teñen as competencias en educación". "Se cada vez agrupan máis cursos, igual é cando as familias deciden levar os rapaces a outros colexios", advirte García, que censura a inacción do Goberno galego ou a falta de medidas. "Ata que chegou Feijóo, non se cobraba o comedor aos nenos transportados... E este é só un exemplo", di. No colexio de Trabada estudarán tan só os 26 nenos e nenas matriculados en Primaria, mentres que os de Infantil manteranse na modalidade de "colexios agrupados", que Balseiro destaca que é "típica no rural" de Galicia e que, a priori, "non debera influír no rendemento dos alumnos".Mayra García pide "máis flexibilidade" e que "non se teñan en conta só os números". "Se só somos números, o custo vai ser moi importante; se a xente non queda, a ver quen mantén os territorios", quéixase quen lembra que no centro público hai o mesmo número total de alumnos que outros cursos, coa única diferenza de que agora hai menos en Infantil, que tamén perde a súa aula. "Non é normal", insiste. Mayra García pide "máis flexibilidade" á Xunta á hora de fixar un número fixo de alumnos: "Se só somos números, o custo no rural será moi importante"Con todo, a alcaldesa non se rende. "Vou seguir adiante co proxecto porque creo nel e porque, se facemos as cousas só mirando ao curto prazo, nin nós nin ninguén conseguirá nada", asegura. E pon un exemplo: "Cando cheguei á alcaldía empezamos a impulsar programas culturais e teatro para nenos e maiores; ao principio viñan catro ou cinco persoas e caíaseme a alma aos pés, pero agora enchemos a Casa da Cultura". "Se pensas só en mañá, no rural non vas conseguir nada, é unha carreira de fondo", engade. "Seguirémolo intentando con independencia de que no camiño atopemos paus; hai que seguir adiante e loitar polas cousas porque, ademais, creo nelas", remata.
NOS_47043
A asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla exixe a "revisión da normativa".
A nova norma sobre control dos xurros nas explotacións gandeiras está a ser moi criticada desde colectivos agrarios polos prexuízos que pode traer para as granxas pequenas.. A asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla exixe nun comunicado a "revisión da normativa" e mais a aprobación dun "Plan de axudas directas" que permitan ao sector adaptarse á nova regulación sen que os custos aparellados que leva consigo o seu cumprimento supoña "o fechamento de moitas pequenas explotacións". O seu presidente, Roberto López, asegura que o novo decreto sobre fertilización que quere aprobar o Goberno español implica "unha xarra de auga fría" para o sector agrogandeiro galego e alerta das súas consecuencias para as pequenas explotacións, tanto de leite como de carne. "Se o Real Decreto se leva a cabo o día 1 de xaneiro tal como está redactado a día de hoxe", asegura López, "case poderiamos asegurar que un 50% das pequenas explotacións da Galiza fecharán". Desde Agromuralla cren que "é inviábel en moitos casos cumprilo, pola orografía do noso territorio, e porque para moitas pequenas explotacións vai resultar economicamente inasumíbel poder adaptar os seus equipos aos novos sistemas de aplicación do xurro", dixo. Plan de axudas Agromuralla reclama que se poña en marcha un plan de axudas, sufragado tanto polo Ministerio como pola Xunta da Galiza, para facilitar ás explotacións a adaptación á nova normativa. "Consideramos que as axudas non deben ser inferiores ao 50% do custo dos aplicadores dado que se nos impón". Eses custos poderían chegar aos 100 mil euros caso de ter que mercar cisternas novas para as instlacións gandeiras que precisen adaptarse á norma.
NOS_52240
A Manuel Antonio; sempre no mar é un poema esquecido de Celso Emilio Ferreiro. Non se trata dun inédito, dado que se publicou o 24 de agosto de 1960 en La Noche, mais si descoñecido. Non aparece recollido na Poesía Galega Completa (Xerais, 2004) nin nos máis antigos tres tomos da Obra completa (Akal, 1978-1981). Exhumouno o crítico e ensaísta Xesús González Gómez.
O poema que agora recupera Sermos Galiza fai parte do seguimento especial do xornal compostelán La Noche á "gran xornada literaria en homenaxe ao poeta Manuel Antonio celebrada en Asados (Rianxo) na tarde de onte". En pleno franquismo e coa participacón das autoridades. A crónica central corresponde ao colaborador da publicación Piñeiro Ares e nela relata a misa en honra do poeta oficiada por Faustino Rey Romero e a lectura de poemas de Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Álvarez Blázquez, "o mozo literato de Asados Santos Sende" [Xesús Santos Suárez] e Baldomero Isorna. Tamén interveu o daquela alcalde Martín Gómez Rodríguez. La Noche deixa espazo ademais para as composicións de Álvarez Blázquez (Manuel Antonio), Sende (Unha noite con Manuel Antonio) e Isorna (El poeta: Alfar de ensueños). Este tamén se encargou da "exaltación da obra literaria do poeta Manuel Antonio". Velaquí a transcrición do poema de Celso Emilo Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979): A Manuel Antonio; sempre no martes Meu capitán de ventos i-alboradas,meu piloto de estranas travesíaspor mares nunca d-outros navigados,de illas non descubertas, misteriosas,mais alá dos solsticios i-as mareas,mais alá das escumas i-os solpores,na pura libertá da noite pecha.Eu preguntei por ti, calada sombra,coa voz dos afogados que camiñan-mudos e núos-por vereas de peixes e sargazos,sobre a luz das estrelas mergulladas.Eu preguntei por ti, viñen de lonxe,baixei da terra miña montesíadeica a alcendida proa do teu barco,a babor das saudades i-as lembranzas.Un longo acordeón de chuvia mainarachaba o corazón en dous anacose puña despedidas e buxolasnos meriadianos tristes dos ronselesarados sobre o mar, rumbo a ningures,meu capitán de roitas imposívelesque izaches doces grímpolas de sonosa veira do amencer de cada díanas orelas de tódolos naufraxios.
NOS_41178
Todos os grupos, agás o BNG, pasáronse ao español na Comisión das Caixas na comparecencia de Ángel Vilariño. A deputada nacionalista, Carme Adán, lamentou que a cámara non habilitara servizos de tradución.
Só a deputada do BNG Carme Adán mantívose en galego na Comisión das Caixas que se está a desenvolver no Parlamento. Pedro Puy, do PP, Carmen Gallego, do PSOE e Xosé Manuel Beiras, de Anova decidiron facer a súa intervención en español na comparecencia do profesor Angel Vilariño, facendo que na sesión o galego estivese practicamente ausente, fóra da participación da deputada do BNG, Carme Adán. A deputada nacionalista lamentou que a cámara galega non habilitase servizos para que a sesión se desenvolvese na nosa lingua, habida conta, ademais, da existencia de profesionais e dunha Facultade de Tradución. Adán mantívose na nosa lingua, denunciando a facilidade do Parlamento para prescindir da nosa lingua sen xustificación algunha.A parlamentaria fixo a súa intervención en primeiro lugar e foi despois cando representantes dos outros grupos se mudaron para o español. O deputado de AGE, Xosé Manuel Beiras, fixo tamén na súa intervención mención ao uso do idioma mais decidiu falar en español, segundo dixo, para facilitar a comunicación co comparecente.
NOS_3936
É a directora do ciclo 'De lugares e órganos', que nestes días lle pon música barroca a Compostela e adentra o visitante no mundo organístico máis alá do seu matiz litúrxico ou clásico e combínao con outros instrumentos e disciplinas artísticas.
—Como é esta quinta edición de 'De lugares e órganos'?Dentro desta nova normalidade, os aforos, que xa sempre son espazos pequenos, agora son máis limitados, o que non lle quita engado ao asunto porque fai os concertos máis íntimos. As medidas de seguridade, as distancias e os protocolos sanitarios dificultan o traballo desde o punto de vista organizativo pero desde o punto de vista musical está a resultar moi ben. O interese foi moi grande a pesar de que en principio parece música tan minoritaria, moita xente quedou fóra do cupo… —Que supuxo adiar o festival, previsto para Semana Santa?Deixamos todo como estaba porque estaba a piques de se presentar, a 2 semanas do comezo, e cando o concello de Santiago decidiu retomar decidimos seguir, na medida que se puidera, o programa orixinal. Pero a realidade imponse e un dos concertos previsto para o día 30, por dificultades para desprazarse desde certos países ata España, hai dúas protagonistas que non poderán vir, así que terá que ser un concerto solístico cando está previsto para un trío. A programación quedou igual pero agora temos outras dificultades desde o punto de vista da produción. —Que valoración faría, a pesar das dificultades, destas 5 edicións do ciclo?Para ser unha música tradicionalmente vencellada á igrexa e a cuestións litúrxicas, e podendo considerarse algo minoritario dentro da música clásica que xa é minoritaria, tivo moi boa acollida. O tema dos órganos espertou moitísimo interese entre o público e agora, ao facer un ciclo específico, descubrimos que había un público local, un público bastante fiel… Unha das chaves está no feito de facer unha programación atractiva porque procuramos non só pensar no concepto máis convencional para órgano solista, tiramos doutras combinacións instrumentais, fusionar con outros estilos musicais e outras disciplinas artísticas. Para ver que o órgano non é só un instrumento litúrxico. —E xa comezaron os traballos da sexta edición?Cando traballas nestas cousas sempre estás a traballar na seguinte. Agora a incerteza é maiúscula pero estou confiada de que o proxecto vaia adiante e de podelo facer cada vez en mellores condicións e menos dificultosas que as deste ano.
NOS_50351
O representante de Rusia ante a ONU, Dmitri Polianski, acusa as potencias occidentais de estaren a artellar unha "operación de falsa bandeira" en Donbass, no leste de Ucraína, para logo "culpar Rusia dunha presunta invasión". Paralelamente, Biden aconsella aos estadounidenses residentes en Ucraína marchar "agora" do país.
O representante adxunto de Rusia ante a Organización das Nacións Unidas (ONU), Dmitri Polianski, apuntou esta sexta feira, en declaracións á axencia rusa Sputnik, que o seu Goberno avoga polo "diálogo" para resolver o conflito en Ucraína. Porén, dixo, Moscova "non permitirá" que se crucen as súas "liñas vermellas". "Somos diplomáticos e debemos actuar de tal maneira, por iso aproveitaremos calquera oportunidade para chegar a acordos, mais sen renunciar ás nosas posicións cruciais e sen que se crucen as nosas liñas vermellas", defendeu. Así as cousas, Polianski acusou as potencias occidentais de estaren a artellar unha "operación de falsa bandeira" en Donbass, no leste de Ucraína, para logo "culpar Rusia dunha presunta invasión". O diplomático cualificou como "falsas" as informacións xurdidas nas últimas datas sobre os supostos plans do Kremnlin para atacar o país veciño, con base no nutrido número de tropas rusas despregado na fronteira. Esas 'fake news', afirmou, "multiplican o risco dunha escalada bélica". Con todo, manifestou a súa "esperanza" de que os políticos occidentais "teñan suficiente cordura" para "desistir do seu intento". A respecto das posíbeis vías de resolución do conflito e sobre a opción de que a ONU inicie unha arbitraxe, Polianski apuntou: "[António] Guterres non descarta a variante de arbitraxe, mais antes quere esgotar todos os recursos dispoñíbeis de influír sobre a parte estadounidense para lograr unha solución". Ao mesmo tempo, afirmou que Guterres, secretario xeral da ONU, "estará obrigado a lanzar o procedemento de arbitraxe se a actitude dos EUA non muda radicalmente".
NOS_1673
A un día de dar comezo a campaña electoral o presidente da Xunta anunciou que Navantia-Ferrol construirá un buque para a Marina española por valor de 200 millóns de euros e 30 meses de traballo para o estaleiro público.
Trátase dun Buque de Acción Marítima encargado pola Marina española por valor de 200 millóns de euros. O anuncio produciuse esta cuarta feira (7 de maio) e foi feito público polo presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, pouco antes de se reunir co presidente da SEPI, Ramón Aguirre e o alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela, para "concretar" os detalles do contrato. A xuntanza foi anunciada pola Xunta de Galiza esta mesma mañá a poucas horas de se producir. Un intre que o líder do executivo galego aproveitou para gabar as boas relacións entre o Goberno español e o galego que describiu como "fluídas, leais e correctas" malia "diverxencias" puntuais, acrecentou. O buque gris prometido polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro hai unhas semanas materialízase pois nesta encomenda que lembra a promesa electoral de Feijóo en plena campaña ás eleccións do Parlamento de Galiza e que lle custou unha reprimenda por parte da Xunta eleitoral quen obrigou o goberno galego a retirar as imaxes, vídeos e notas de imprensa vencelladas aos prometidos floteis de Pemex por vulnerar a lexislación.
QUEPASA_428
CIG e BNG afían armas contra a dirección de Ferroatlántica e contra a Xunta, mantendo a liña de que o ERTE presentado pola empresa é ilgeal
Co ERTE sobre a mesa, a sección sindical da CIG, único representante, por agora, dos traballadores de Ferroatlántica na mesa de negociación coa dirección en Madrid, manten firme a súa postura: "as medidas propostas constitúen un auténtico despropósito e que non existen causas obxectivas que xustifiquen o expediente". Así o afirmaban tras saír da segunda reunión celebrada este pasado martes. De feito, consideran que un despedimento por dous anos do 50% do persoal, como formula a empresa, é absolutamente inviable e fontes do Comité marcan unha liña vermella no 24%. Para a CIG, en todo caso, o proceso negociador pasa pola reactivación inmediata dos fornos, ou cando menos, establecer un calendario de arranque, así como achegar garantías efectivas de estabilidade no emprego e na capacidade produtiva das fábricas. Piden, por exemplo, que a empresa retire todos os recursos interpostos contra a decisión da Xunta de non autorizar a segregación e venda das centrais hidroeléctricas. Unha situación que ademais a empresa está ocultando en todos os seus informes. É aí onde a CIG tamén se lembra da Xunta, que ten que facer valer as cláusulas concesionais que vincula a explotación hidroeléctrica coa á viabilidade do complexo industria Inxustificable economicamente Cos datos aportados pola empresa, dende a CIG teñen claro que "a realidade de Ferroatlántica dista moito de parecerse á dunha empresa en crise que nos queren vender". "A empresa está dando beneficios: o ano pasado as vendas chegaron case aos 400 millóns de euros, a cifra máis alta dos últimos catro anos. E sustenta a súa argumentación "en vagas previsións de futuro sobre os prezos da materia prima, da enerxía ou do custe do produto final". Dende a CIG lamentan que a empresa non faga patente como contribúe o ERTE á estabilidade económica da empresa, tendo en conta que, segundo a documentación achegada, os gastos de persoal apenas representan "un ridículo 9% dos custes". O BNG esixe internvención á Xunta Durante a Comisión de Industria celebrada este martes no Parlamento de Galicia, a deputada do BNG, Noa Presas pediu á Xunta de Galicia que se implique e inste a Ferroatlántica a manter os postos de traballo nos dous centros de produción sobre os que recae unha ameaza de ERE. Na defensa da proposición non de Lei, a nacionalista tamén reclamou demandar a "reactivación inmediata dos fornos 13 e 14 de Cee-Dumbría" e cesar no desmantelamento encuberto das fábricas. Por outra parte, lembrou que Ferroatlántica debe cumprir cos requisitos das concesións hidroeléctricas do Río Xallas e de non facelo, cominou á Xunta a iniciar "o proceso de reversión". A parlamentaria do BNG tamén explicou que Ferroatlántica é unha empresa clave en Galicia polo volume de traballadores e traballadoras e polo seu carácter electrointensivo e criticou que a explotación dos recursos naturais respondan a un modelo "colonial descontrolado e permitido pola Xunta de Galiza a cambio de poucas ou ningunha esixencia". Por isto, a deputada pediu á Xunta que abandone o seu "inmobilismo" e esixa a Villar Mir frear a deslocalización encuberta de Ferroatlántica en Cee-Dumbría e paralice a formalización do ERE temporal previsto para 1 de marzo de 2019 ata o 28 de febreiro de 2021. Presas recalcou que Ferroatlántica, a pesar dos grandes beneficios, non desenvolveu investimentos de modernización da empresa e incumpre sistematicamente os compromisos de mantemento e aumento do emprego. De levarse a cabo o ERE, advertiu que ademais de destruír empregos fixos afectará durante dos anos ao traballo do persoal eventual e de auxiliares. En opinión da deputada, no caso de que Ferroatlántica continúe destruíndo emprego e actividade produtiva, o Goberno galego debe demandar do Goberno central a paralización de calquera tipo das compensacións contempladas no Real Decreto 20/2018 para as industrias electrointensivas ao incumprir as condicións das empresas electrointensivas, A proposición non de lei que foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido Popular. Novas do co conflito #Ferroatlántica 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE. Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros. Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado. 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica. 05-02-19: "O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade": 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee. Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica. Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss. Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica: Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña. Xaneiro 19: "O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa". Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica. Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica. Xaneiro 19: "Fornos apagados, todos parados". Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica. Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica. Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social. Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica. Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección. Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica. Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado "Acordo Marco". Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables. Novembro 17: "A gran mentira" do Plan Industrial de Ferroatlántica: 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria. 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
NOS_5433
O Leo (Matamá, Vigo, 1974) ten mil caras, como o verdugo de Negu Gorriak. En Labregos do Tempo dos Sputniks, disoltos hai uns meses, practicaba rock de axitación e combate. Para Das Kapital puxo voz ao xeo electroindustrial. Como O Leo de Matamá reivindica con actitude punk os cantautores politizados de todo o mundo. E vestido de Arremecághona pasea por palcos de toda Galiza unha versión radical, e múltiple, do antifolk.
Nunca ben ponderado, o seu proxecto é militante, vagabundo, a pé de loitas concretas e co humor como mecanismo para desmontar lugares comúns. Ademais, o seu coñecemento crítico do medio e a historia musical é amplísimo. "Non!, de Korosi Dansas, foi o máis parecido que houbo ao grunge por aquí", sinala para Albums de aquí ou acolá. A banda de Arousa editou dous discos. Non! (1996) foi o segundo. O Leo relaciónao con certa xeración maldita do rock galego, aquela que xurdiu despois da movida e antes do bravú. "O proto todo compostelán", resume nunha simpática etiqueta: "De Nicho Varullo ao Narf de Nas tardes escuras (2013), o que implica Os Quinindiola, A Psicofónica de Conxo e toda unha pléiade que dá idea do viva que está esa semente". Música torcida, riso con segundas, rock estomballado, ao Leo préstanlle proxectos heterodoxos, vías secundarias, aproximacións oblicuas. Como as que realizaba a segunda banda do australiano Nick Cave, The Birthday Party. Adoito adscritos ao rock gótico, en realidade The Birthday Party recompuñan o blues a partir de salvaxes presupostos post punk. "Hits (1992) foime un disco dificilísimo cando o coñecín", explica O Leo, "e que escoitei a hostia de veces até que me molou". Con dous elepés de estudio e numerosas gravacións menores, foi o grupo co que Nick Cave dixo adeus a Australia antes de partir cara a Berlín. O Leo procúralle unha xenealoxía, que conecta coas súas propias investigacións actuais. "O blues do Delta e o krautrock", indica, "e a única vía aberta para a evolución da gama harmónica do rocanrol". Ao fondo, as pedras basilares de, outra volta, o blues -"Bukka White ou Son House"- como fundamento de toda a arte que lle interesa e que pode sintetizar a palabra punk.
NOS_14703
O ex asesor de Donald Trump e ideólogo do populismo mundial, cun papel chave na vitoria de Bolsonaro no Brasil e do Brexit no Reino Unido, detido por fraude e branqueo de diñeiro.
Conta o escritor estadounidense Ronald Radosh, ex activista de esquerdas agora conservador convencido, que nunha conversa en 2013 con Steve Bannon este se confesara admirador de Lenin. Diante da foto dunha súa filla militar, sentada no trono dourado de Saddam Hussein cunha ametralladora no colo, díxolle cinicamente: "Son un leninista. Lenin quería destruír o Estado, e esa é a miña meta tamén. Quero tirar abaixo con todo e destruír o establishment actual". Steve Bannon, ex banqueiro de Goldman Sachs e ex asesor político e ideolóxico de Donald Trump, foi detido na quinta feira acusado de conspiración para cometer fraude e branqueo de diñeiro no marco dun proxecto de recadación de fondos para a construción do muro na fronteira con México chamado We Build the Wall ("O muro construímolo nós"). A Fiscalía do Distrito Sur de Nova York acusou ademais outras tres persoas máis: Brian Kolfage, Andrew Badolato e Timothy Shea. O primeiro é un veterano da Forza Aérea dos EUA que perdeu en 2004 as pernas e a man dereita no Iraq e que actuaba como a cara visíbel da organización. Os catro usaron boa parte dos 25 millóns de euros recadados para cuestións persoais como "reformas no fogar, pagamentos dun barco, un SUV [Vehículo Utilitario Deportivo] de luxo, un carriño de golf, xoias, cirurxía plástica, pago de impostos persoais e unha tarxeta de crédito". Tanto na web como a través dos comunicados públicos, a organización asegurara aos doadores que 100% do diñeiro sería entregado ao Goberno dos Estados Unidos para a construción do muro, unha das promesas estrelas de Trump para gañar as eleccións de 2016. Bannon foi posto en liberdade baixo fianza tras se declarar inocente diante do xuíz. Segundo informou The Associated Press, "cando saíu dos xulgados, Bannon arrancou a máscara, sorriu, saudou coa man ás cámaras dos medios de comunicación. De camiño cara ao vehículo que o esperaba, berrou: 'Este completo fiasco é para frear a xente que quere construír o muro'". Ascenso Acusado de demagóxico, populista e racista polos seus críticos, Steve Bannon é un referente da autodenominada Alt-right ("dereita alternativa", un eufemismo para referirse á ultradereita) e unha figura chave para comprender o ascenso de Trump nos Estados Unidos. Bannon chegou á Casa Branca da man do seu actual inquilino (ou viceversa), o 20 de xaneiro de 2017, catapultado desde Breitbart News, a web de referencia da ultradereita populista no país da que a revista Time dixo "meteu material racista, sexista, xenófobo e antisemita na vea da dereita alternativa". E viceversa porque Bannon foi o encargado de, nos 88 días que faltaban para a cita electoral cando foi contratado como xefe de campaña de Trump, asegurarse de que Hilary Clinton era identificada ─nas palabras de Bannon─ como "a gardiá dun establishment corrupto e incompetente", e así lograr os votos chave, nos Estados chave, para a vitoria do magnate neoiorquino. O método para logralo ocúltase entre as sombras, lugar onde ─confesou─ máis a gusto se sinte. Bannon foi vicepresidente do consello de Cambridge Analytica, a compañía de análise de datos que ─tal e como desvelaron The New York Times e The Guardian en marzo de 2018─ se apropiou ilegalmente dos datos de 50 millóns de usuarios de Facebook e utilizounos para condicionar o seu voto. Cambridge Analytica era propiedade da familia Mercer ─de Robert e da súa segunda filla, Rebekah─, que tamén é copropietaria de Breitbart News. Caída? Trump foi convencido de contratar a Bannon por Robert Mercer, multimillonario de Wall Street que se fixo rico á fronte Renaissance Technologies e de quen un seu ex colega neste fondo de investimentos dixera que "cre que os seres humanos non teñen máis valor inherente que o diñeiro que producen". Tempo antes de o facer, Trump xa se fixera cos servizos de Cambridge Analytica tras probarse a súa eficiencia na vitoria do Brexit no referendo do 23 de xuño de 2016, en colaboración co ultradereitista Nigel Farage e o seu partido, o UKIP. Christopher Wylie, o ex empregado que destapou o escándalo, foi chamado a declarar diante do Parlamento británico. "Sen a trampa que permitiu Cambridge Analytica o resultado tería sido diferente", afirmou o coñecido como "o home do pelo rosa". Bannon, tal e como salientou onte a prensa británica, é amigo íntimo de Farage e admirador do actual primeiro ministro, Boris Johnson, polo que fixo campaña. Nunha entrevista en 2019 na BBC, defendeu que Johnson era necesario para facer efectiva a saída do Reino Unido da UE. Nesa altura, Bannon xa non era asesor na Casa Branca, onde só estivo sete meses. Abandonou o cargo o 18 de agosto de 2017, menos dunha semana despois dos incidentes racistas de Charlotesville, onde unha muller morreu atropelada por un simpatizante confeso de Adolf Hitler tras unha manifestación de supremacistas brancos. Houbo unha condena unánime, mais Trump culpou "ambos os dous lados". Esta declaración, que recibiu numerosas críticas, foi atribuída a Bannon. Mantívose, porén, como asesor extraoficial de Trump até que a comezos de 2018 se publicou Fire and Fury, un libro que expoñía as interioridades da Casa Branca e describía o presidente como caótico, impulsivo e ignorante. O seu autor, o xornalista Michael Wolff, contou coa axuda de Steve Bannon para a súa elaboración. Do Brasil a Europa Mais Bannon nesa altura xa andaba noutras latitudes. En agosto dese ano reúnese con Eduardo Bolsonaro e acordan colaborar para facer o seu pai, Jair Bolsonaro, presidente do Brasil. As eleccións, como as estadounidenses e o Brexit, seguiron un mesmo patrón de fake news a través da redes. E xa en 2019, creou The Movement, unha organización internacional autodefinida como populista de dereitas, con sede en Bruxelas. Desde alí axuda a atopar financiamento a partidos da ultradereita europea e asesora líderes como Marine Le Pen, en Francia, Matteo Salvini, en Italia, Viktor Orban, en Hungría, ou Santiago Abascal, en España. Sempre nas sombras. Nunha entrevista en 2018, a respecto das críticas que recibía, Steve Bannon afirmou: "A escuridade é boa: Dick Cheney. Darth Vader. Satán. Iso é poder. Só nos vale cando non o entenden. Cando están cegos a quen somos e ao que facemos."
NOS_25806
Asinan un manifesto, 'Por unha UDC con luz propia', no que se defende o debate e a liberdade na institución universitaria.
'Por unha UDC con luz propia' é o título do manifesto promovido desde o interior da propia Universidade da Coruña rexeitando a cancelación das polémicas xornadas sobre traballo sexual e solicitando que se recuperen as msmas. Un documento que en poucas horas reuniu máis de 900 sinaturas de apoio, entre ellas de persoal de docencia e de servizos administrativos. O documento incide en que non se pode permitir que presións externas poidan impoñer á UDC o veto a debatir e a determinidas ideas ou colectivos. Consideran as persoas asinantes que ao suspender as xornadas estase a privar as participantes de dereitos e liberdades, e que iso pode facerse extensivo no futuro a outras persoas e ideas. O manifesto rexeita o que cualifica de "agresiva persecución mediática e ás gravísimas descualificacións e ameazas que están a padecer as organizadoras do evento" . Neste sentido, maniféstasde que "nun momento histórico en que cada vez semella máis xeneralizada a expresión sen complexos de pulsións autoritarias incompatíbeis coa liberdade de expresión, é máis preciso que nunca reafirmar o compromiso da Universidade cos dereitos e liberdades públicas.. Entre as promotoras deste manifesto están membros do profesorado como Patricia Faraldo, Xosé M. Carril ou Carlos Amoedo, entre outros. Nas últimas horas, e xa a nivel de Estado, un manifesto criticando a decisión do reitorado de cancelas as xornadas sumou máis dun cento de firmas entre profesorado e investigadoras académicas de diferenets universidades españolas. Consideran a cancelación "unha vulneración do dereito de liberdade de expresión no eido universitario" e lembran que acalar este tipo de debates vai contra a propia "pluralidade" de posicións que sobre este tema existen no feminismo.
NOS_56645
A cultura, as artes e a lingua protagonizaron este sábado na Deputación de Pontevedra a gala de entrega dos Premios Otero Pedraio 2021, cos que a institución recoñeceu a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e a artista plástica Menchu Lamas.
O pazo da Deputación de Pontevedra acolleu este sábado 18 de decembro a cerimonia dos Premios Otero Pedraio, galardóns cos que se recoñeceu o traballo da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e da artista plástica Menchu Lamas. A cerimonia estivo presidida pola presidenta da Deputación, Carmela Silva. Alí, estivo acompañada por representacións das deputacións galegas, das universidades, da Xunta, dos presidentes da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e da Fundación Otero Pedraio, Eduardo López. O solemne acto foi conducido pola escritora María Canosa, que o definiu "como un acto de amor", e contou coa actuación de Alejo Amoedo ao piano e Lucía Comesaña coa zanfona. Á cerimonia asistiu tamén a escultora Soledad Penalta, autora da peza artística dos Premios. Tras unha recepción e asinar no Libro de Honra da institución, Rosario Álvarez e Menchu Lamas foron homenaxeadas coas tradicionais loas. Rosario Sarmiento, xestora cultural e comisaria artística, puxo en valor que con Mechu Lamas se recoñece por primeira vez nestes premios o traballo dunha artista plástica galega. Pola súa banda, a escritora Fina Casalderrey destacou de Rosario Álvarez o feito de ser tantas veces pioneira na proxección da lingua galega, a "María Moliner galega e moito máis, é referente imprescindíbel no estudo e investigación científica da lingua", dixo. Na súa intervención, a pintora Menchu Lamas mostrou a súa emoción por lograr "un premio que leva o nome de quen representa a modernidade da paisaxe e que nos fixo mirar doutra maneira o que é Galiza, a súa paisaxe cultural". A artista recreou a complexidade do seu percorrido pola cor, "eu compoño coas cores", e puxo en valor o traballo da creación: "As creadoras e creadores somos o traballo colectivo do noso tempo, representantes do espírito que nos move no tempo que estamos vivindo. Cando se valora a pintura ou a creación contemporánea, dixo Lamas, se está a valorar o que é o futuro dun país, e dunha sociedade máis libre". A artista tamén se referiu á escaseza de mulleres premiadas. "A invisibilidade da nosa presenza, da mirada distinta das mulleres, cando estivemos creando desde que nacemos pero non se miraba". Menchu Lamas rematou cun canto á arte. "Cando eu fago un traballo non so é para min senón para todo o mundo que o mire e se a alguén lle queda unha pegada do que eu fago non hai maior declaración de amor". Pola súa banda, a lingüista Rosario Álvarez dedicou a súa intervención ao propio "Don Ramón, polo que sentía fascinación", á docencia, a súa nai e á cidade de Pontevedra. A premiada recordou "aquel 30 de xaneiro do 73 cando con 21 anos asistiu, sentada no chan", á conferencia en Fonseca de Otero Pedraio "e fíxome oteriana ante a súa oratoria, a súa sintaxe, o seu don da palabra". Álvarez, que definiu como unha honra recibir este premio xunto a Lamas, afirmou levaren "vidas paralelas, tanto, que nunca nos tocamos", fixo todo un canto á docencia. "Sempre digo que son profesora, porque esa vocación vén da miña confianza no poder da educación e do coñecemento, os trazos da miña vida. Fíxenme investigadora para saber máis e poder transmitilo, a educación deume satisfaccións impagábeis". A premiada lembrou a súa nai, "unha verdadeira mestra, a quen debo a miña curiosidade cultural", e a todas as mestras e mestres "porque sempre aprendín das e dos mellores". Tamén á cidade de Pontevedra "porque as miñas raíces e a súa pegada deixaron en min todo o que fixen até o día de hoxe". Álvarez rematou cunha loa ao patrimonio lingüístico "como creación colectiva de homes e mulleres. Concibo a cultura en 360 graos e Galiza é o meu universo".
NOS_25776
Publicamos a seguir o extracto da análise de Xosé M. Dios, médico especialista de Atención Primaria de Outes. A análise fai parte do suplemento especial do Sermos Galiza sobre un ano de pandemia. Un especial de 56 páxinas, que acompañará o xornal o 13 de marzo.
"Mediante a mentira, o home aniquila a súa dignidade como home" (Immanuel Kant: 1724-1804, filósofo prusiano considerado a figura central da filosofía moderna). A Atención Primaria (AP) estaba mal no ano 2019. Os recortes feitos nos últimos 10 anos polos gobernos de Feixoo (que xa leva 4 conselleiros de sanidade) xunto coa convocatoria de folga de abril de 2019 son a clave para facer que a administración abrise unha Mesa de Diálogo que levou os sindicatos e diferentes organizacións sociais, científicas e políticas á súa desconvocatoria in extremis polo ofrecemento do Sergas do Consello Técnico (CT) de AP de Galiza. Sabemos que a administración, cando non quere resolver un problema: "promove unha comisión"… pois ben Feixoo: promoveu 15. Este CT traballou arreo durante seis meses, de forma desinteresada, con 208 persoas de diferente ideoloxía, que chegaron, en novembro do 2019, ás conclusións que ten no seu poder o novo xerente do Sergas (... e van 2). Este deixou pasar un ano (coa desculpa da pandemia…) con 2.200 mortes e 4.000 contaxios de sanitarias e sanitarios sen facer nada. Despois de falar co Sergas, conseguimos pór en marcha, de novo, o CT, que non leva o ritmo que nós esperabamos e segue dándonos largas, para pór en marcha o novo modelo de AP na Galiza. O sistema sanitario está impregnado de hospitalcentrismo. Todo o importante que se fai: desde o aparataxe, o persoal, etc. sucede neste nivel asistencial. A política austericida dos gobernos de Feixoo levou ao desmantelamento da AP que hoxe continua na Galiza. A precariedade laboral que existe (e que se promove desde o Sergas) provoca a falta tanto de profesionais como de estabilidade, de substitutos, de material, de oposicións reais que cubran as prazas vacantes e que teña en conta ás xubilacións, a emigración masiva de profesionais a lugares que de verdade dignifiquen a profesión que tanto traballo costa conseguir -neses lugares non gastan un peso na súa formación e nós formámolos e non nos beneficiamos da súa profesionalidade-. Isto leva consigo o deterioro máis importante que se recorda na AP. E chegou a pandemia. Ao principio, as contradicións das e dos especialistas e os minutos de gloria das e dos políticos fixeron que a incerteza fose cada día maior. Pensouse que cursaría como algo parecido á gripe común, pero o tempo foi poñendo de manifesto que estabamos moi equivocados: o que se nos viña enriba era algo descoñecido e moito máis agresivo, en todos os sentidos, do que sabíamos. A análise ao completo poderás lela este sábado no Sermos Galiza Especial 'Radiografía da sanidade, un ano de pandemia'. Se non es asinante, reserva o teu exemplar no quiosque para non ficar sen el. Lembra que podes facerte subscritora ou subscritor nesta ligazón, e mesmo podes apoiar o medio sen se te facer asinante, na opción de mecenas ou amizade.
NOS_9472
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, non ten opinión sobre a sentenza do Tribunal Supremo que ataca a ordenanza de normalización lingüística aprobada por unanimidade no pleno municipal. "A Xunta acata sentenzas", manifestou, e deixou á posibilidade de recorrela á administración local.
"A Xunta non intepreta sentenzas e a ordenanza é de ámbito local", afirmou na comisión parlamentaria de Educación a preguntas da deputada do BNG Olalla Rodil. "a competencia corresponde á entidade local que a promoveu, e en mans do concello está recorrela ou non". A sentenza do Supremo desetima o recurso do Concello de Lugo a un primeiro ditame do Tribunal Superior a raíz dunha denuncia do colectivo contrario ao galego Galicia Bilingüe. García preferiu desta volta situarse á marxe do conflito, malia que o alto tribunal contradí en varios puntos a consideración estatutaria do galego como lingua cooficial. "Se non se está de acordo corresponde a Lugo o recurso ao Tribunal Constitucional e por iso non nos manifestamos sobre a manifestación convocada con toda a lexitimidade do mundo", engadiu. O Partido Popular votou, no pleno municipal lugués, a prol da ordenanza agora cuestionada pola xustiza española.
NOS_12872
Ana Pontón preguntará ao presidente na última sesión de control "onde ficou o seu compromiso coa cidadanía de combater o paro". A portavoz do GP do BNG lamenta o veto do PP ao debate de dúas Iniciativas Lexislaturas Populares (Preescolar na casa e SOS Sanidade Pública) e a investigar a xestión das caixas
O Bloque Nacionalista Galego aproveitará o último pleno deste período de sesións para pór enriba da mesa unha batería de iniciativas vencellas todas coa actual situación de crise, nomeadamente co paro, e "coa incapacidade do goberno de Feijóo para facerlle fronte". A voceira nacionalista na Cámara autonómica, Ana Pontón, cualificou de "situación dramática" e de "verdadeira necesidade" a que sofren milleiros de galegos e galegas, "cos que o presidente da Xunta asumira o compromiso de levar a Galiza pola senda da creazón de emprego". Ana Pontón, na rolda de prensa posterior á Xunta de Portavoces, lembrou que Feijóo non só asinou un contrato "persoal" e "moral" cos cidádáns neste sentido senón que, no seu momento, asegurou que rendiría contas do seu grao de cumprimento, agoirando aprobar con nota ao final da lexislatura. "Mais a realidade –engadiu a deputada- é que máis ben suspende, porque o comportamento do paro en Galiza é moi negativo, sendo unha das comunidades onde máis emprego se destrúe, sumando xa 276.608 as persoas que non teñen traballo". A parlamentar pedirá, por tanto, na sesión de control que Feijóo que asuma a súa responsabilidade na Cámara, responda sobre os incumprimentos de dito contrato e aposte "pola posta en marcha dunha política que xere emprego e apoie a capacidade produtiva" da Galiza. Unha moción dos nacionalistas reclama a transferencia a Galiza da participación do FROB en Novagalicia Banco Futuro do sistema financieiro Para a deputada nacionalista, o futuro do sistema financieiro galego é outra das asignaturas pedentes de Feijóo nesta lexislatura, de aí o debate dunha moción nacionalista reclamando de novo a transferencia a Galiza da participación do FROB en NGB. A iniciativa tamén busca a recuperación íntegra do 100 por cen dos aforros dos afectados pola fraude das preferentes, a devolución das indemnizacións millonarias dos ex directivos das caixas e a investigación da xestión que levou a estas entidades á situación actual. Neste sentido, Pontón lamentou o veto do PP, máis unha vez, a que o Parlamento acolla un debate sobre a necesidade de crear en Galiza unha comisión de investigación e criticou que o faga con argumentos "cínicos" e "falaces". Veto ás ILP SOS Sanidade Pública e Preescolar na casa Ana Pontón tamén considera que se está a devaluar o papel do Parlamento, "unha actitude de menosprezo que tamén poidemos comprobar hoxe co veto do PP ao debate de dúas iniciativas lexislativas populares". Trátase, explicou a voceira nacionalista, das ILP en defensa de Preescolar na Casa e a da plataforma SOS Sanidade Pública, que contan cun importante apoio cidadán, "mais o PP non quere escoitar o que ten que dicir a xente e prefire menoscabar a democracia". Orde do día Sobre os restantes asuntos da orde do día, Pontón salientou unha proposición non de lei sobre o futuro de Alcoa e dúas iniciativas sobre o sector naval (interpelación e pregunta), pois remata o prazo comprometido por Feijóo para saber se vai haber carga de traballo ou non para Navantia e non se coñece aínda nin a proposta de tax lease remitida a Bruxelas nin os termos do contrato asinado con Pemex. O futuro do sector eólico, a privatización do servizo de salvamento marítimo, a supresión de prazas de ensino para o próximo curso e a redución de camas nos hospitais no verán son outros dos temas que levarán a pleno os nacionalistas no próximo pleno.
NOS_10805
O líder das socialistas galegas, Gonzalo Caballero, sinala que o Goberno do Estado "acerta" cando "prioriza a saúde" e "paraliza toda a actividade económica".
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, incidiu esta segunda feira en que a Galiza ten que "poñer o foco nas residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional", pois nelas hai máis de "300 contaxios", e "en fortalecer a sanidade pública", a fin de "contribuír entre todas na saída do túnel" desta crise derivada da expansión do coronavirus. Caballero manifestou o seu "apoio" á decisión do Goberno do Estado de "afondar no confinamento para loitar contra a propagación" da COVID-19 entre a poboación. "Acerta cando prioriza a saúde e paraliza toda a actividade económica non esencial durante dúas semanas", salientou o líder das socialistas galegas, quen avanzou que veñen por diante "semanas moi complicadas" porque o sistema sanitario "estará ao límite". Así pois, Caballero chamou á Xunta da Galiza a "traballar con lealdade" a carón do Executivo estatal "reforzando as medidas de protección da cidadanía e das traballadoras, que están atravesando situacións moi complexas" a consecuencia desta pandemia.
NOS_30960
A proba terá saída en Monforte e meta na Coruña
O país galego volverá acoller un gran evento deportivo, nesta ocasión o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura -tamén coñecido como Raid Gallaecia-AR World Championship 2021-, que arrancará o día 2 de outubro en Monforte de Lemos e finalizará o 9 do mesmo mes na cidade da Coruña. A competición, que conmemora o Ano Xacobeo, atravesará diversos tramos do Camiño de Santiago, transitando por máis de 50 concellos diferentes. Segundo explicou a organización da proba na presentación, que tivo lugar na Cidade da Cultura, o Raid Gallaecia "axunta esforzo, resistencia e compañeirismo ao longo dos seus máis de 600 quilómetros, nos que os e as participantes terán que afrontar sectores de trail, bicicleta de montaña, caiac, coastering ou cordas, acumulando un desnivel positivo de 18.000 metros". Ademais, o director da carreira, Pablo López Franco, salientou que é a carreira "máis inclusiva do mundo, polo feito de que as mulleres compiten nas mesmas condicións que os homes, incidindo en que serán da partida 94 equipos -14 de eles galegos- procedentes de 24 países diferentes". "Comezamos no ano 2005, fomos os primeiros en traer unha proba da Liga Española á Galiza, e fomos crecendo pouco a pouco até ingresar nas Series Mundiais en 2005", engadiu un López Franco. Tamén aproveitou para pór en valor algúns dos "espectaculares" lugares polos que transcorrerá o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura, como "a Serra do Courel, os canóns do Sil ou as Fragas do Eume". Porque, ademais da súa vertente deportiva, esta proba tamén pretende ser un escaparate dos atractivos turísticos que pode ofrecer a Galiza, "posicionándoa como un destino de turismo activo e de deportes ao aire libre", concluíu o director da carreira.
NOS_45800
Despois do éxito do primeiro disco, en 2013, Radio Cos vén de estrear 'Pasatempo', o seu segundo álbum. O grupo, formado por Xurxo Fernandes e Quique Peón (voz e percusión), Pedro Lamas (gaita e saxo soprano) e Nikolay Velikov (violín), percorreu multitude de festivais europeos e galegos divulgando a música tradicional galega por todo o mundo. Falamos con Fernandes, un dos referentes no eido da investigación etnográfica da Galiza.
- O parque do Pasatempo, en Betanzos, actúa como escenario físico da vosa música. Por que este parque?- Funciona como escenario físico e tamén como icona da nosa música. Nós facemos unha analoxía do parque en varios sentidos: primeiro porque é unha obra que está deostada polo paso do tempo, que é un pouco o que lle acontece á música tradicional. O parque tamén é o soño dun viaxeiro que quixo mostrar ao pobo de Betanzos as marabillas que contemplou arredor do mundo nas súas viaxes. O que pretendemos tamén é conxugar músicas de raíz doutros países con que tivemos contacto a través da participación en festivais e das viaxes que facemos. - A vosa faceta como investigadores da etnografía da Galiza –a de Quique Peón e a túa- está presente en 'Pasatempo', mais xa estaba no voso primeiro disco. Cal é, para vos, a relación entre música e etnografía?- A música tradicional está intimamente ligada a nós como pobo, está no noso ADN. Esta música leva connosco, na memoria colectiva, moito máis do que nos parece. De feito, a xente que non escoita habitualmente esa música ou non está nas súas experiencias diarias, conecta moi facilmente con ela. En Radio Cos, ou en calquera grupo que faga música tradicional, vemos que hai xente que conecta rapidisimamente, nos pasos de muiñeira canta os retrousos connosco. Esta música vese nosa. A música de raíz conectan co corazón porque ten algo de terra, ten moito de esencia. "Tratamos de visibilizar algo que sendo maioritario está minorizado" - Na web de Radio Cos, nada máis entrar, atopamos esta cita: "Ás culturas minorizadas pásalles coma outras moitas cousas a vida, están, son verdades manifestamente palpábeis, arrodéannos. Pero non se sabe por que misterio viven na invisibilidade". Idea que estaba no voso primeiro disco e volta estar de novo agora.- Tratamos de visibilizar algo que sendo maioritario está minorizado. Aquí na Galiza temos este problema. Ademais do pouco amor propio que temos, non está posto en valor a nosa cultura musical. Se xuntamos a xente que está ligada dunha ou doutra maneira á música tradicional, somos milleiros. Se contamos a xente que viviu as ruadas, que viviu o último elo da cadea de transmisión oral, somos milleiros. Se sumamos a xente que está involucrada ou pasou por coros históricos, somos milleiros. Se sumamos a que estivo ou está en activo en grupos de pandeireteiras, gaitas ou grupos de baile tradicional suman moitísimos máis milleiros. E se contamos os que están dentro da industria musical, que aí tamén hai moitísima xente, toda esa xente son milleiros de persoas que están invisíbeis, porque non hai unha forma de visibilizarse. E iso tamén lle pasa á nosa música. No primeiro disco o noso primeiro motivo era visibilizar todo isto. Facendo tamén unha analoxía con esa hortas urbanas que quedaron fagocitadas polo cemento, pero que resisten aí. Ti pasas todos os días por elas, que en todas as cidades galegas temos iso, e non o vemos, quedaron invisíbeis porque non lle prestamos atención. Pois un pouco é o que lle pasa á nosa música tamén. - O son, que segue as características da música tradicional, e por iso mesmo, recrea un ambiente de festa e esmorga, ten unhas letras características. Faise referencia ao contorno galego, á terra, ás tradicións, etc.- A liña da visibilización continúa de novo neste disco acrecentada coa visión de irmandar a nosa música tradicional con outras, porque todas as músicas de raíz teñen un compoñente común. Todas coinciden en algo. De feito, neste disco, temos músicas da Indica, de Bulgaria, africanas... todas estas músicas non se identifican facilmente como tal, senón que están completamente integradas na nosa música. Iso quere dicir que algo de común si que hai, porque se basea todo no latido do corazón. Isto permítenos tamén acceder a festivais internacionais e que a xente conecte con nós. Facer da música galega patrimonial algo universal. "A música tradicional está intimamente ligada a nós como pobo, está no noso ADN" -Despois de todo o voso percorrido, tanto dentro como fóra da Galiza -a presenza na revista Folk Roots, na listaxe de Word Charts Music, no pasado Womex e a grande cantidade de festivais europeos aos que leváchedes a vosa música-, cres que medra a cultura galega no mundo en xeral?-Si, mais do que nos parece. Galiza ten unha presenza musical moi grande no exterior. Nós imos a Borneo, a Malasia, e agora no mes de xullo imos ir a Canadá e aos Estados Unidos, etc. E todos eses festivais nos que imos participar solicitaron a nosa asistencia. Hai un interese explícito na nosa música, o que pasa e que aquí, por diversas cuestións, entre elas, o pouco valor que lle damos ao noso, non se ten en conta este potencial que temos. - Fálame do proceso de creación, tanto da música como da letra. - O proceso de creación de Radio Cos é bastante sinxelo. Non temos unha persoa que nos arranxe, que isto facilitaría moito, pero é bastante sinxelo en canto a funcionamento. Xuntámonos os cinco, e a proposta dos temas tradicionais propoñémola Quique e máis eu, que somos os que temos o arquivo da recolleita, e cada un vai achegando o seu enfoque de como se podería orientar o arranxo para esa canción. - Destaca a reinterpretación de 'Adios ríos, adios fontes'. Que lugar ocupa Rosalía de Castro en 'Pasatempo', e, en xeral para Radio Cos?- Nós non vemos reinterpretación. É a interpretación nosa que facemos dese poema que estivo varias veces musicado. Quixemos musicala cunha melodía musical porque parecíanos moi axeitado para este poema tamén baseado na poesía popular, porque Rosalía baseouse na poesía popular para compoñer este tema. Parecíanos axeitado versionalo cun cantar relaxoso de Ponte Caldelas e darlle un aire de tango. Sabendo que a emigración que houbo a Arxentina foi a máis multitudinaria, e que esta letra ten un compoñente moi grande de saudade e nostalxia pola terra, pareceunos unha dupla homenaxe: unha homenaxe a emigración, que evoca un pouquiño este poema, e tamén a Rosalía ao centrar o foco de atención na lírica popular, que ás veces non está tan posta en valor como se debería. "A liña da visibilización continúa de novo neste disco acrecentada coa visión de irmandar a nosa música tradicional con outras, porque todas as músicas de raíz teñen un compoñente común" - "Tu testa madama es un campo de gherra donde el rei de España presenta bandiera", dicides en 'Panxola da madama', unha das pezas máis pícaras do disco. Cóntame cal é a súa historia. - Esta peza pertence a un corto romancístico panhispánico, que aquí tamén temos. Aquí na Galiza ademais de ter a nosa tradición propia tamén temos unha tradición panhispánica de romanceiros. Isto é moi interesante porque abrangue toda a Península Ibérica, incluído Portugal, Sudamérica, etc, os países de fala panhispánica e portuguesa. Esta canción aparece en toda a zona panhispánica con diversas funcionalidades. Por exemplo, en Aragón este canto é un canto dos maios, porque se canta polo mes de maio. Nos países de Oriente é un canto de voda (en Turquía, en Grecia e en Bulgaria). Aquí aparece como unha panxola de Nadal. Pareceunos curioso engadir esta peza no disco por eses dous motivos: un pouco por esa viaxe que fixo a propia cantarea, expandíndose polo Mediterráneo e en cada sitio tendo unha funcionalidade, e despois tamén porque aquí nos pareceu curioso que existira unha panxola atea que se cantara no ciclo do Nadal, que ao fin e ao cabo é un ciclo estacional que a igrexa se foi apoderando desas cerimonias que xa existían antes da chegada do cristianismo. E parécenos significativo que haxa unha panxola que non fale da relixión. Isto sumado a que a panxola é unha panxola viaxeira, que é o motivo do noso disco, pois gustounos metela aquí. - É a de 'Alalá-ghoró'? a canción máis longa do disco e co título máis creativo. - O alalá é un xénero noso moi típico, libre e melismático. Ghoró é un tipo de muiñeira que se toca en Bulgaria, un xénero musical que se chama así. Entón xuntamos estes dous que nos parecía que casaba moi ben e titulámola 'Alalá-ghoró'. "Parécenos interesante normalizar a fonética da lingua facéndoa, ao mesmo, tempo universal" - A gheada tamén está nas pezas. Outro xeito de reivindicar, non?-Si, parécenos interesante normalizar a fonética da lingua facéndoa, ao mesmo, tempo universal. Moitas veces pécase de querer escriber como se fala. Isto vémolo moito habitualmente, que se transcribe a gheada para dar quizais un toque formal, cando iso non está favorecendo a normalización da nosa grafía porque todos sabemos que a gheada non fai falta transcribila para poder lela. Entón se nós escribimos e non representamos os fenómenos fonéticos, senón que xa sabemos que os hai que ler así, penso que contribuímos á normalización da lingua. - Das 10 cancións que conforman 'Pasatempo' hai unha, 'Pateado de Ambroa', que é instrumental. Cal é o súa relación co conxunto do disco?- No outro disco tamén tiñamos unha instrumental. Parécenos que forma parte da nosa tradición as melodías instrumentais aínda que nos estamos centrados na tradición oral. Pero parécenos interesante tamén facer unha chiscadela a esas melodías que non eran cantadas, senón que eran interpretadas con instrumentos.
PRAZA_9322
A sentenza admite "dúbidas" sobre se a concesión de licenzas para 3.000 vivendas nesta vila de apenas 3.000 habitantes "foi totalmente legal", pero di non ser quen de concluír que as decisións estivesen "desprovistas de toda interpretación razoable do ordenamento xurídico"
Durante o ano 2006 o Concello de Barreiros, municipio de apenas 3.000 habitantes, concedeu 44 licenzas para un total de 2.966 vivendas na contorna do seu bordo litoral. Eran permisos para construír edificios con eminente vocación turística en leiras que, a priori, carecían de servizos básicos como electricidade, abastecemento de auga, saneamento ou accesos rodados. O goberno municipal pretendía erguer na Mariña "o Sanxenxo do norte" e fíxoo con permisos que resultaron ser irregulares, segundo sentenciou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dando lugar a unha irreversible desfeita urbanística.O xuíz non ve claro que os responsables do goberno local de Barreiros concedesen as licenzas para 3.000 vivendas na vila, de apenas 3.000 habitantes, sendo conscientes de estaren a transgredir a legalidadeCoa irregularidade das licenzas xa ratificada polo TSXG o alcalde da vila, Alfonso Fuente (do PP, aínda que deixou a militancia no partido durante o proceso xudicial) sentou o pasado novembro no banco dos acusados no marco do xuízo que debía ditaminar se el, outros cinco edís e a arquitecta municipal cometeron prevaricación con aquelas autorizacións. A Fiscalía pedía condenas de dous anos de cadea e dez de inhabilitación, pero o Xulgado do Penal número 2 de Lugo vén de absolvelos. Non está claro, conclúe, que os responsables do goberno barreirense cometesen o delito penal que lles atribuía o Ministerio Público e mais a acusación particular, a asociación ecoloxista Adega.Nunha sentenza de 37 páxinas datada no pasado 8 de febreiro e feita pública este día 11 o xuíz Alfonso Jiménez subliña que, alén da consideración persoal que lle poida suxerir o desorde ubanístico de Barreiros, a "principal controversia" para ditaminar se o alcalde e os edís delinquiron ou non "céntrase na clasificación do solo" das vivendas autorizadas como "urbano consolidado ou non", diferenza fixada pola lei dende o 1 de xaneiro de 2006. Esa diferenza é clave porque as defensas do acusados argumentaron durante o proceso que as leiras con licenza para construír "podían adquirir a condición de soar", de solo urbano consolidado, "mediante obras accesorias ou de escasa entidade que poden executarse simultaneamente coas de edificación" e que lles darían acceso aos servizos básicos dos que carecían. Algúns acrecentaron que, realmente, eses servizos si existían.A sentenza admite "dúbidas" sobre "se a actuación foi totalmente legal", pero di non ser quen de concluír que as decisións estivesen "desprovistas de toda interpretación razoable do ordenamento xurídico"Con este pano de fondo o xuíz admite a nube de confusión que arrodea o urbanismo de Barreiros e o propio xeito de proceder do alcalde durante o xuízo, toda vez que mantivo unha "postura certamente desconcertante", xa que "en xeral se ampara e alega descoñecemento de moitas das cuestións" formuladas polas acusacións e, ao tempo, afirma que as licenzas foron aprobadas "principalmente" porque tiñan "informes técnicos favorables", ademais de porque "os informes xurídicos eran ambiguos" ou non existían.Tras relatar numerosos informes e peritaxes contraditorios entre si -tanto particulares como municipais e da Xunta- sobre a existencia ou non de servizos básicos nos terreos e de advertencias ao respecto, o xuíz considera como "certo" que "cabe preguntarse se a actuación dos acusados foi totalmente legal ou axustada á lexislación vixente", o cal "entraña certas dúbidas". Pero tampouco é posible afirmar rotundamente que a súa actuación estivese "desprovista de toda interpretación razoable do ordenamento xurídico aplicable", toda vez que tiña "certa apoiatura legal" porque "cabía entender a posibilidade de atoparse ante solo consolidado".Informes técnicos "contraditorios" ou ausencia formal de "advertencias de ilegalidade", claves nunha absolución na que o xuíz tamén alude ao cambio de postura da Xunta tras o retorno do PP ao poder en 2009Neste sentido, é clave que exista "algún informe desfavorable da secretaria municipal á concesión das licenzas", pero tamén "outros favorables" e o feito de que "na maioría" non exista "un pronunciamento claro nun sentido ou noutro". Mesmo nalgún existen "termos contraditorios ou equívocos, ao indicar tanto que poderá concederse como poderá suspenderse". Adicionalmente, o xuíz non observa ningunha "advertencia de ilegalidade en caso de aprobarse as licenzas". A secretaria municipal asegurou que esa advertencia se produciu nunha xuntanza en xaneiro de 2006, pero non existen actas da mesma e o alcalde e os edís negan que se producise.Por todo isto o xuíz chega á conclusión de que non hai unha "claridade meridiana" para poder afirmar que "os acusados, alcalde e concelleiros, actuasen a sabendas da inxustiza que cometían á hora de aprobar as licenzas". Agrega ademais no seu descargo que a Xunta mudou de postura sobre o urbanismo de Barreiros pasando de paralizalo -en 2007, co goberno de PSdeG e BNG- a "desistir dos procedementos xudiciais iniciados ou non executar as sentenzas favorables alcanzadas" -tras o retorno do PP- e asinar "un convenio para santificar ditas promocións ilegais (...) nin máis nin menos que con 14 millóns de euros de diñeiro público", en referencia ao convenio que estipulaba que a Xunta poría o 40% dos fondos para paliar o caos urbanístico, a Deputación de Lugo o 10% e o resto, o municipio."Procede absolver aos acusados" porque "non só non deben perseguirse os feitos que evidencian faltan de transcendencia delituosa", razoa a sentenza, senón que "tampouco deben verse suxeitas a procedementos penais persoas cuxas condutas" non son "claramente incriminables por falta de indicios" ou "son reprochables en campos xurídicos distintos do penal". Este segundo é o caso, considera, xa que houbo "procedementos sancionadores no campo administrativo" e poden existir outras resolucións "noutras ordes xurisdiccionais".Remata así por agora -aínda cabe recurso ante a Audiencia Provincial de Lugo- o percorrido penal dun caso con obvias ramificacións políticas na última década. A comezar pola paralización daqueles edificios irregulares por parte do Goberno galego de PSdeG e BNG a comezos de 2007 -a Xustiza acabou determinado que a paralización non fora tramitada correctamente por faltar a fase de exposición pública- e a seguir polo máis que previsible regreso de Fuente á militancia no PP. Non en van, cando Alberto Núñez Feijóo celebrou hai apenas dúas semanas a presentación de, teoricamente, os 313 aspirantes do seu partido ás alcaldías galegas, para Barreiros aínda non había candidato.
NOS_23735
O Carballo Interplay converteu á vila bergantiñá en referente audiovisual no ámbito estatal, nun primeiro festival de webseries onde a obra catalá arrasou gañando tres galardóns (mellor webserie de imaxe real, mellor interpretación feminina para Mar de Ulldemolins e o premio do público). 'Entre pipas' foi a segunda mellor recoñecida polo xurado.
A catalá "Les coses grans" arrasou na entrega de premios do Carballo Interplay, o primeiro festival de webseries do Estado. Levou, en total, tres dos galardóns (mellor webserie de imaxe real, mellor interpretación feminina para Mar de Ulldemolins e o premio do público). "Entre pipas" foi a segunda mellor recoñecida polo xurado, cos premios á interpretación masculina (aos galegos Luis Zahera e Xúlio Abonjo) e ao mellor guión. "Ventura time", como mellor serie de animación, e "Poetarras", como mellor serie en galego, completaron o podio. Houbo, ademais, mencións especiais para a webserie galega "Palabras secretas", para a veterana serie de animación "Cálico electrónico", e tamén para o guión de "La vida.es". A gala de entrega de premios foi o momento cume deste Carballo Interplay que converteu á vila bergantiñá en referente audiovisual no ámbito estatal. Porque, se Lumiere vivira hoxe en día, probablemente non fora ao festival de San Sebastián, se non a Carballo, tal e como indicou Roger Alatriste, o fundador na produtora transmedia "El cañonazo" na súa master class sobre Branded Content, para sinalar que, en festivais como o CIP está o futuro. Foron días intensos, dende o xoves 24, coas mañás dedicadas á reflexión; coas tardes completas coa exhibición das webseries a concurso, e coas noites destinadas ao ocio, con concertos de bandas locais (Arabian Evils, Apart e The Gentlemen band) e con actuacións de grupos como Unicornibot, éxito entre público e crítica e cabeza de cartel na noite do sábado. Historias que estaban sen contar En tempos de pesimismo, sobre todo para a cultura, o que puidemos ver e sentir en Carballo foi ilusión, esperanza, e a forza dos camiños de futuro que, para o audiovisual, se abren na rede. É en Internet onde se refuxian historias, como as que nos ofrecen as webseries, que as televisións xeneralistas, sometidas á audiencia entendida como masa uniforme e ao politicamente correcto, nunca contarían. En definitiva, o modelo de "Malavida", unha webserie que narra a vida de personaxes marxinais nunha barriada sevillana, entre litronas e porros, fronte ao modelo "Los Serrano", que durante anos nos contou a vida feliz dunha familia irreal por modélica nunha coñecida televisión xeralista. As e os creadores na rede, con moi pouco, proporcionan produtos que destacan pola súa frescura e innovación, precisamente porque, cando non hai recursos, unha das poucas formas de saír adiante é arriscar, e máis nun mundo como o da rede, no que xa non existe a audiencia como masa. "Se non tes recursos non che queda outra que ser arriscado. Ser arriscado tendo recursos é difícil", indicou nunha moi interesante mesa de novas narrativas o director Felipe G. Gil. Do underground á imaxe de marketing Internet é un gran campo de xogo experimental para o audiovisual. De aí, que contidos como as webseries foran até o de agora considerados en boa medida como underground. A dúbida, unha vez máis, é como sacar rendibilidade das creacións para a rede cando detrás non hai unha industria audiovisual que financie. Como, con moito humor, indicaron Sonia Díaz (a directora do CIP) e Sandra Lesta (responsábel de organización de actividades paralelas) nun sketch da gala de clausura, as webseries adoitan ser feitas con moi pouco ou practicamente ningún orzamento, e sen beneficios. No Carballo Interplay, porén, vimos, porén, exemplos de éxito, como as e os creadores de webseries como "Malviviendo" ou "Freaklances", que remataron por facer da elaboración de contidos para a rede o seu modo de vida. Un dos conceptos que, quizais, máis chamou a atención foi o Branded Content. O termo refírese á aposta que están a facer marcas comerciais pola rede como forma de publicitarse dunha maneira distinta, pulando pola produción de historias (como as propias webseries) ao redor desa marca. "As marcas déronse conta de que poden ser, elas mesmas, grandes medios de comunicación", indicou Roger Alatriste. De aí que empresas como Redbull estean a elaborar contidos audiovisuais, mesmo longametraxes, premiados en grandes festivais, como San Sebastián. De Gadis ao Xabarín Club: o imaxinario audiovisual galego Un dos momentos do CIP que mellor sabor de boca deixou, que máis risos deitou, foi a sesión protagonizada polo actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, que nos desvelou o seu código fonte, un formato de exposición no que @ conferenciante deixa que sexan as imaxes as que leven o peso do seu discurso, que está enfiando a partir de diversos fragmentos de vídeos que considera relevantes para el. O modelo, creado polo Colectivo Embed, facíase por primeira vez na Galiza e en galego. Touriñán amosounos os vídeos que, de algunha maneira, o marcaron, e que en boa medida coinciden con imaxes que todas e todos os galegos temos en mente: dende os anuncios do "Sexamos como galegos" de Gadis, tan idílicos como afastados da realidade, como amosou con gran humor na súa exposición, até momentos que a tod@s ou case, nos quedaron gravados, como o penalti de Djukic, o vídeo do veciño de Cariño que, nos 90, denunciou que unhas prostitutas lle roubaran tras meterlle droga no Colacao, o Xabarín Club, a morte de Currás en Mareas Vivas ou o videoclip de Pimpinela sobre Galicia. Foron catro días intensos, que reuniron a creadoras e creadores das máis diversas partes do Estado e que fixeron que Galiza fora pioneira alí onde se está a escribir o futuro do audiovisual.
NOS_10190
A súa "implicación como profesora" na introdución da "variante internacional" do galego, o portugués, valeulle á profesora Dores Fernandes Abel o Premio Meendinho 2019, que outorga a fundación do mesmo nome. É, sinala a institución, a docente "con máis alumnos e alumnas de portugués da Galiza.
A sua "implicação como professora" na introdução da "variante internacional" do galego, o português, valeu-lhe à professora Dores Fernandes Abel o Prémio Meendinho 2019, que outorga a fundação do mesmo nome. É, assinala a instituição, a docente "com mais alunos e alunas de português da Galiza". "Fernandes Abel é um exemplo de sucesso e de trabalho constante neste caso", indica numa nota de prensa a instituição, "uma referência de como desenvolver esse trabalho, com o constante esforço de dinamização cultural e de extensão desta poderosa ferramenta para garantir a vida plena da nossa língua". Dá aulas no instituto Dionisio Gamallo de Ribadeo. Além disso, a docente galardoada é uma ativista cultural de longa data. Na presidência da associação cultural Francisco Lanza de Ribadeo demonstrou-o, e "não somente na vila, mas no seu contorno, mesmo no espaço do Eo Navia". O Prémio Meendinho outorga-se cada 5 de maio, Dia Internacional da Língua Portuguesa. Em anteriores edições, distinguiram Uxía Senlle, as Escolas Semente, a AGAL ou José Luis Fontenla Rodrigues.
NOS_30698
Catar consome cada ano os recursos equivalentes a nove planetas Terra, por volta dos cinco dos EUA ou os 2,8 do Estado español, que acabou cos recursos de todo o ano o pasado 12 de maio, dúas semanas antes que en 2021.
Os recursos naturais dispoñíbeis para todo o ano 2022 esgotaranse esta quinta feira, 28 de xullo, no coñecido como Día da Sobrecapacidade da Terra. Desde entón, e até o remate do ano, o planeta ficará en 'números vermellos', segundo vén de denunciar WWF. Para facer fronte ao consumo actual, apunta a ONG, precisaríanse "1,75 planetas Terra". Esta cifra varía de forma significativa en función de cada Estado: mentres os recursos consumidos polos países en vías de desenvolvemento son acordes aos dispoñíbeis, outros como Catar —9 planetas—, os EUA —5,1— ou o Estado español —2,8— abranguen a meirande parte deles. A liña da costa galega retrocederá tres metros e a auga doce reducirase en 14% Isto supón que, en pouco máis de 200 días, a sociedade mundial esgotou o capital natural dispoñíbel para os 365 días do ano, o que supera en 74% a capacidade dos ecosistemas para rexenerarse. No que atinxe ao Estado español, entrou en débeda co planeta o pasado 12 de maio, unha data 13 días anterior á de 2021. Neste senso, a ONG observa "con preocupación" que a data segue a adiantarse, tanto a nivel estatal como internacional. Operar dentro dos "límites ecolóxicos" O Día da Sobrecapacidade da Terra é a data na que a demanda de recursos e servizos ecolóxicos da humanidade nun ano concreto supera o que a Terra pode rexenerar nese mesmo ano. Esa data é calculada pola Global Footprint Network, unha organización de investigación internacional que ofrece aos 'tomadores de decisións' un "menú de ferramentas" para axudar a economía humana a operar dentro dos límites ecolóxicos da Terra, analizando a evolución mundial de dous parámetros: a biocapacidade, ou capacidade de rexeneración biolóxica, e a pegada ecolóxica, isto é, a nosa demanda de recursos. O director de conservación de WWF no Estado español, Enrique Segovia, destacou que esta data lembra que o modelo actual de produción e consumo é unha das principais causas da destrución da natureza e a crise climática, polo que urxe os líderes mundiais a abordaren "con urxencia e valentía" as medidas precisas para reverter a situación. "Todos podemos axudar a deter o déficit ecolóxico tomando mellores decisións na nosa vida diaria", salientou.
NOS_28606
A participación dos salarios no Produto interior bruto galego é de 42,3%. Nunca fora tan pouco. Moi por baixo do que acontece no Estado español, onde o seu peso abeira 47% e da Unión Europea, onde está en 47,2%.
Nestes anos de gran recesión houbo un cambio de tornas de enorme calado: o peso dos beneficios empresariais superou o dos salarios no Produto Interior Bruto (PIB) de Galiza. Mais esta situación tiña as raiceiras e orixes en anos ben atrás. Un proceso no que se deu unha drenaxe ou transvase das rendas salariais a favor das rendas de capital. O Instituto galego de estatística (IGE) publica esta sexta feira o Estudo sobre os salarios, un traballo no que se constata que o peso dos salarios no PIB galego acadou en 2017 o punto máis baixo da serie: 42,3%. Nunca fora tan pouco. Unha presenza moito menor á que os salarios teñen na riqueza española (46,9%) e na Unión Europea (47,2%). Como rexistra o IGE, de 2000 até agora o peso das remuneración das persoas asalariadas caeu en 4,2 puntos, pasando de 46,5 a 42,3. Nese mesmo período a perda de peso dos salarios a respecto do produto interior bruto español foi de 1,6 (tres veces menos que en Galiza) e en Europa de apenas 0,6. Entre o inicio da década dos oitenta e hoxe a participación dos salarios na riqueza de Galiza caeu en 18 puntos. Era 62% do PIB e pasou ser 44%. Ao tempo, a participación das rendas do capital no PIB galego pasou de 34,4% (1981) a 46%. Un aumento de 12 puntos. Houbo pois un trasvase en beneficio das rendas de capital que non tivo comparanza nin noutros territorios do Estado español nin no contexto europeo. Desde comezos de século XXI até agora houbo unha caída de 30 puntos no salario bruto anual medio en termos reais. En 2016 o soldo é 70% do valor correspondente que ese mesmo soldo tiña en 2001. O menor peso das rendas salariais que das rendas do capital no PIB non é algo que se dea en todos os territorios do Estado. A isto chegouse após un proceso no que, só entre 2007 e 2016, a masa salarial diminuíu na Galiza en 1.300 millóns de euros ao tempo que os beneficios empresariais aumentaban en máis de 500 millóns.
NOS_18015
O número de concellos onde esta é a fonte de renda máis importante dos fogares aumentou en 9 puntos nestes anos: son xa 34,6% dos municipios galegos.
Hai oito comarcas galegas onde as prestacións sociais son a principal fonte de ingresos nos seus fogares: Ancares, A Fonsagrada, Quiroga, Baixa Limia, O Ribeiro, Terra de Caldelas, Terra de Celanova e Terra de Trives. Nestas comarcas a masa salarial é inferior ao volume de prestacións recibidas, o que implica que as cotizacións sociais pagadas polos fogares non chegan a superar en ningún caso 38% das prestacións recibidas, segundo explican no Instituto Galego de Estatística (IGE). Máis dun terzo da poboación destas oito comarcas supera os 65 anos segundo os Indicadores demográficos do IGE.. No resto das comarcas a principal fonte de renda dos fogares é a remuneración das persoas asalariadas. A remuneración de asalariados e asalariadas é a principal fonte de renda en 63% dos concellos galegos. En 2010 era en 72%. Naquel ano en 227 municipios os principais ingresos eran os salarios mentres que en 2016 érao en 199. Por contra, as prestacións sociais eran en 2010 a principal fonte de renda en 81 concellos e seis anos despois érao en 109, o que é 28 municipios máis. Neses seis anos, logo, pasou de ser a principal vía de ingresos en 25,7% dos concellos da Galiza a selo en máis de 34%.
PRAZA_19354
A condena penal de Urdangarin é certamente benigna. O Tribunal rebaixou substancialmente a pena aplicando unha regra pouco usada do Código Penal que permite beneficiar en circunstancias moi excepcionais aos autores non directos e, por riba, aplicou a atenuante de reparación do dano, de moi discutíbel ponderación
Na Animal Farm de George Orwell os porcos reitores da revolución animal que botara fóra ao granxeiro foron desnaturalizando, co paso do tempo, a igualdade proclamada ao comezo (´todos os animais son iguais") para xustificar os seus propios privilexios, chegando lexislar "todos os animais son iguais, pero algúns son máis iguais ca outros". Da lectura da sentenza do caso Noos tiramos a mesma conclusión a respecto das persoas: todas iguais, pero unhas máis iguais ca as outras. Cristina de Borbón foi absolta da acusación de delito fiscal (condenada só como responsábel civil a devolver o diñeiro que o Tribunal entendeu se beneficiara del) por considerar o Tribunal que, malia ser socia, non era administradora de feito nin de dereito da sociedade AIZOON, S.L. AIZOON, S.L. era administrada polo seu home e cobraba por servizos supostamente prestados ao Instituto Noos, asociación teoricamente sen fins de lucro que era a que conseguía os cartos públicos e na que rexía unha Directiva na que Urdangarín era presidente, o funcionario da Coroa, Gª Revenga Tesoureiro e a Borbón vogal. A AIZOON, S.L.. se lle cargaban gastos persoais en grande contía, mesmo o servizo doméstico da familia Borbón-Urdangarín. E Cristina de Borbón non se enteraba. Sen dúbida unha respectábel interpretación xudicial dos feitos probados que, porén, choca moitísimo coa praxe xudicial noutros casos semellantes. Por outra banda, a condena penal de Urdangarin é certamente benigna. O Tribunal decidiu condenalo polos delitos continuados de prevaricación e falsidade en documento público e polo delito de malversación de fondos públicos. Mais o Tribunal rebaixou substancialmente a pena aplicando unha regra pouco usada do Código Penal que permite beneficiar en circunstancias moi excepcionais aos autores non directos (Urdangarín era só cooperador necesario) e, por riba, aplicou a atenuante de reparación do dano, de moi discutíbel ponderación tendo en conta o atraso procesual co que Urdangarín depositou parte do diñeiro defraudado. A mesma regra de rebaixa da pena aplicábel e a mesma atenuante se lle aplicou ao delito de fraude á Administración balear polo que tamén foi condenado. Se ao exposto lle engadimos a omisión total a respecto do papel xogado en todo este conto polo Emérito fica claro que algunhas persoas son máis iguais ca as outras.
NOS_35552
Lores acusa a Feixoo e ao PP de "incitar a violencia", despois de 'mentir' durante anos os traballadores de Ence dicíndolles que se podería manter a empresa no mesmo enclave. Para o PP, a violencia é culpa de Lores por recorrer a prórroga de Raxoi, que a Audiencia Nacional tumbou.
O Partido Popular (PP) reaccionou esta segunda feira ás palabras de Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), alcalde de Pontevedra, nas que acusaba Alberto Núñez Feixoo e a formación conservadora de "incitar a violencia" por "mentir reiteradamente" aos traballadores de Ence, "tentando convencelos de que podían seguir alí". O voceiro do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez -que avalara a presenza dos seus edís co persoal de Ence no pregón das festas da Peregrina, cuestionou o alcalde pontevedrés porque, segundo reiterou, é Lores quen incita a violencia por interpoñer o Concello un recurso contra a prórroga de Mariano Raxoi para a permanencia de Ence na ría de Pontevedra. Para el, Lores "é o único responsábel" da decisión da Audiencia Nacional, que anulou o mes pasado a prórroga concedida por Raxoi até 2073 cando o Goberno estatal que encabezaba se atopaba en funcións, "se alguén incita a violencia é quen puxo na rúa a 500 persoas cun recurso co que sabía que esas familias ían ir a rúa", reiterou o voceiro municipal. O pasado domingo, Lores explicou que "hai responsábeis políticos" detrás da "radicalización clara na protesta" e instou a Feixoo e o PP a "pedir perdón" e, ademais, comentou que a Fiscalía "debería" actuar de oficio "porque se está insultando a cargos políticos en sitios públicos". Enganos manifestos por parte do PP "Durante décadas estivemos falando de que había que buscar unha nova localización, e durante todo este tempo tentáronse saltar as competencias, con enganos manifestos por parte do PP e da empresa, tentando convencer de que podían seguir alí", asegurou Lores. O titular da Alcaldía tamén criticou o papel da dirección de Ence, da que dixo que goza de "dereito de pernada industrial". "Non hai ningunha empresa coas facilidades que ten Ence. Non pagan nin o canon da auga", criticou. "Non se pode dialogar cunha empresa que di que non se pode trasladar. Negan a maior e así, que diálogo te queda?", comentou o alcalde da cidade sobre as conversacións con Ence. Nas declaraciones remitidas aos medios de comunicación, Dominguez pediu a Lores que "retire eses comentarios".
NOS_6258
Un convenio asinado en 1995 coas dióceses galegas sufraga salarios e cotizacións dos 53 capeláns que prestan asistencia relixiosa nos hospitais públicos e concertados da Galiza. Ao ano, o investimento supón por volta de 800.000 euros
Nóminas de 952 euros brutos mensuais son as que a consellaría de Sanidade paga aos 53 capeláns que prestan asistencia relixiosa nos hospitais públicos e concertados do País. Tes toda a información sobre este asunto no número 32 do Sermos Galiza en papel, no teu quiosque.
PRAZA_14170
As posibilidades reais de que o PP perda a maioría absoluta poden depender de que estes votos non fiquen no PP ou na abstención. E que, hoxendía, semella que nin o PSOE, nin o BNG nin a nova coalición anticapitalista teñen capacidade real de incidir nese espazo que é xusto no que se van xogar as eleccións.
Os poucos inquéritos elaborados desde que Feijóo disolveu o Parlamento tracexan un escenario aberto no que, de calquera xeito, son constantes a tendencia á baixa do PP (entre catro e sete puntos), do PSOE (entre tres e cinco puntos) e do BNG (perda de dous a tres escanos). As bolsas de abstención decidida, voto en branco e antigo voto aos tres partidos parlamentares, hoxendía indeciso, constitúen un escenario no que resulta moi complexa a atribución de porcentaxes de voto definitivos e, xa que logo, de escanos. Polo que unha reedición da maioría absoluta popular é, nesta conxuntura, moi dubidosa. O inexorábel desgaste da recesión non afortala as perspectivas electorais de BNG e PSOE, que baixan en conxunto tanto como o PP, en termos porcentuais Porén, o inexorábel desgaste da recesión non afortala as perspectivas electorais de BNG e PSOE, que baixan en conxunto tanto como o PP, en termos porcentuais. Canto á coalición táctica entre Beiras e EU semella que podería consolidar unha representación cinguida ás perdas do BNG, o que demostraría que a famosa Alternativa (autocentrada na esquerda anticapitalista e pechada de feito ao galeguismo, á socialdemocracia e ás correntes ecoloxistas e progresistas representadas por CXG) constitúe un xogo de suma cero que non é quen de lle tirar votos a un PSOE e a un PP que poderían perder votos a mancheas. Os votantes dubidosos de PP e PSOE e máis os abstencionistas activos e pasivos poderían ficar na casa ou optar por un mal menor Semella evidente, xa que logo, que hai partido. E que os votantes dubidosos de PP e PSOE e máis os abstencionistas activos e pasivos poderían ficar na casa ou optar por un mal menor. Nin BNG nin Beiras-EU, polo de agora, teñen capacidade de incidencia real nestes amplos espazos electorais, tamén vetados á UPD pola súa nula implantación galega e polo seu centralismo extremo. O que, aventuras de D. Mario Conde á parte, deixa como única forza con capacidade real de xogo transversal ao longo de case todo o abano político (excluída a dereita dura convencida da bondade da liquidación do Estado do Benestar e máis a esquerda dogmática) a CXG. Que, porén, xoga con moi graves limitacións de tempo e de medios. As posibilidades reais de que o PP perda a maioría absoluta poden depender de que estes votos non fiquen no PP ou na abstención O que ninguén pode dubidar é que esa demanda transversal e ese espazo electoral existen. Que as posibilidades reais de que o PP perda a maioría absoluta poden depender de que estes votos non fiquen no PP ou na abstención. E que, hoxendía, semella que nin o PSOE, nin o BNG nin a nova coalición anticapitalista teñen capacidade real de incidir nese espazo que é xusto no que se van xogar as eleccións.
NOS_38104
Co lema "Defendamos os nosos dereitos. Ensino Público Galego", a CIG-Ensino aspira a revalidar o liderato no ensino público non universitario o vindeiro 4 de decembro.
O vindeiro 4 de decembro máis de trinta mil docentes galegas do ensino público non universitario escollerán a través do seu voto a 140 delegados e delegadas (45 pola Coruña, 27 por Lugo, 27 por Ourense e 41 por Pontevedra). Na Actualidade, a CIG-Ensino é a primeira forza sindical no sector, co apoio do 48% do profesorado e ostentando a presidencia das xuntas de persoal da provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo. Desta volta, a federación educativa da CIG aspira a anovar e ampliar este apoio, facendo un balanzo "altamente positivo" do traballo desenvolvido nos últimos catro anos. As candidaturas da CIG-Ensino incorporan a 697 docentes de todos os niveis educativos, boa parte deles "incolucrados na defensa e galeguización do ensino público, na normalización lingüística, implicados coa renovación e innovación educativa", explican desde a federación nacionalista. Tamén contan con "persoas relevantes do ámbito cultural e comprometidas co traballo profesional e o recoñecemento da función docente". Un "inxente traballo" detrás Na presentación pública das súas candidaturas, que concorren baixo o lema "Defendamos os nosos dereitos. Ensino Público Galego", o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, criticou o sistema de elección que cualificou de "inxusto, discriminatorio e antidemocrático", por ficar a provincia como ámbito electoral. "Se a referencia fose o centro educativo, e non provincial, como acontece no ensino concertado, escolleríanse 1.586 delegados e delegadas en lugar de 140", sostivo. En relación a hai catro anos escolleranse seis representantes sindicais menos. Inferior en 2.044 persoas será tamén o número de electores e electoras o que en opinión de Louzao espella "o recorte e a supresión e postos de traballo" que tivo lugar desde 2010. Logo de poñer en valor o inxente traballo realizado, marcado por un importante ritmo mobilizador, o máximo dirixente de CIG-Ensino resumiu o programa co que se presentan a estes comicios asegurando que os seus obxectivos son "conseguir outro modelo de representación máis democrático e participativo, continuar na loita contra a LOMCE até conseguir a súa derrogación, combater o desmantelamento do ensino público e acadar a restitución de todos os dereitos laborais salariais e profesionais do profesorado".
NOS_7649
Teñen vínculos familiares.
Os servizos sanitarios manteñen en illamento domiciliario a tres persoas que deron positivo nas probas de Covid-19 na localidade de Arzúa. Os afectados teñen vínculos familiares e a orixe do virus é importanda. Segundo confirmaron a Europa Press fontes da área sanitaria de Santiago e Barbanza, trátase dun caso importado por un dos afectados que, á súa vez, infectou a dous familiares. A orixe estaría en vínculos entre os afectados e Cataluña. As tres persoas atópanse en illamento e seguimento domiciliario e non precisaron ingreso. Do mesmo xeito, os servizos sanitarios realizaron xa o rastrexo de contactos dos positivos e ningún deles presenta a enfermidade, destacaron, polo que a transmisión considérase cortada.
NOS_47516
Iberdrola e Naturgy tamén presentaron varios megaproxectos no Macizo Central e A Limia.
A asociación ambientalista Adega informa que o Ministerio somete a consultas previas a solicitude dunha empresa, "Santa Eulalia Energía S.L.", para construír unha central de bombeo en caverna de 160MW na Veiga, en pleno Macizo Central. "Non é o único proxecto de central de bombeo en tramitación", apuntan os ambientalistas, que lembran que " tanto Iberdrola como Naturgy presentaron varios megaproxectos no Macizo Central e A Limia para "aproveitar excedentes de produción de renovábeis non xestionábeis", isto é, acumular a enerxía dos eólicos non colocada no mercado, mais tamén das nucleares. "A febre do megavatio entra nunha nova fase especulativa. Agora abonda con fundar unha empresa con 3000 euros, presentar un proxecto hidroeléctrico para furar o Macizo Central e, de prosperar, facer caixa revendendo a concesión", critica Adega. Desta volta, afirman, a central hidroeléctrica promovida pola empresa Santa Eulalia Energía S.L. pretende conectar os encoros de Portas e Santa Eulalia, na bacía do Xares mediante túnel e a escavación dunha central soterrada baixo o Macizo Central. "As obras precisarán tamén da apertura de quilómetros de pistas, canteiras e vertedoiros, alén da correspondente liña de evacuación eléctrica". Adega sostén que as obras da proxectada central atinxen un territorio incluído na proposta de ampliación da RN2000 que comezou a tramitar a Xunta no ano 2008, concretamente ao alongamento da ZEC Macizo Central. Adega di que o promotor xustifica o proxecto atendendo ao "Plan Nacional Integrado de Energía y Clima 2021-2030" para acadar os obxectivos de redución de emisións e penetración das enerxías renovábeis. "Porén, esquece que no que atinxe ás actuacións derivadas do plano que se desenvolvan en masas de auga, como os bombeos hidráulicos, o PNIEC recolle de xeito textual que "os bombeos hidráulicos terán que cumprir o disposto no plano hidrolóxico e en todo caso situaranse fóra da Rede Natura 2000 e/ou espazos protexidos, por canto son proxectos con impactos moi importantes como modificacións morfolóxicas de canles e ribeiras, así como perda de biodiversidade". "Como nos tempos do fraguismo coas concesións das minicentrais hidroeléctricas, as leis do mercado e as Administracións cómplices están a provocar unha tola carreira por facerse cos mega vatios, na que tamén hai sitio para as "pymes". "No caso deste proxecto, a empresa promotora non é unha grande eléctrica como Iberdrola ou Naturgy con varias centrais similares en tramitación en Galiza, senón Santa Eulalia Energía S.L. constituída en setembro de 2020 con 3.000€ de capital. É parte dun profuso novelo empresarial con sé nun polígono industrial de Córdoba, propiedade da familia López Magdaleno, con actividade no sector da consultoría enerxética, participación e xestión de capitais, mesmo "offshore", di Adega.
NOS_365
O xurado destacou a súa traxectoria médica e científica.
O investigador e catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo foi recoñecido co Premio Otero Pedraio 2022 pola súa traxectoria médica e científica, que o levou a ser recoñecido como un dos mellores xenetistas a nivel internacional. Ángel Carracedo: "É vital reter o talento e atraer o de fóra para crear riqueza en investigación" A distinción do premio cultural máis lonxevo da Galiza foi dada a coñecer esta segunda feira tras a reunión do xurado dos galardóns, convocado pola Xunta e as catro deputacións. Por primeira vez estes premios, nados en 1977 en honra a Otero Pedraio, a traxectoria dun investigador. Loito polo pasamento do investigador Elixio Rivas O xurado enxalzou a figura "privilexiada" do investigador, nacido en 1955 no concello de Santa Comba e que ocupa desde 1994 a dirección do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago. Traxectoria Carracedo ten o título de director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de xenotipado, ademais de ser presidente da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica. Sonia Villapol, neurocientífica: "Cada reinfección aumenta o risco de padecer unha Covid persistente" Tamén ocupa a vicepresidencia da Academia Internacional de Medicina Legal e a presidencia da International Society for Forensic Genetics. As súas investigacións céntranse na xenética do cancro, as enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica. Así mesmo, a súa figura tamén se erixiu como un importante formador de novas xeracións de investigadores desde a Universidade de Santiago de Compostela (USC).
PRAZA_6473
Duarte Romero analiza a través de seis indicadores a distribución social dos apoios ao SI e ao NON á independencia na votación que terá lugar este xoves.
Hai cousa dun ano ou dun ano e medio, cando comezaban a aparecer na prensa británica as primeiras enquisas sobre o referendo de independencia de Escocia, moi poucas voces albiscaban a posibilidade doutro resultado que non fose unha vitoria do non. Pero a medida que se foi aproximando a data da consulta, as sondaxes comezaron a amosar unha subida constante do apoio ao SI, até o punto de pórse en cabeza nalgunhas enquisas durante as últimas semanas. A suba do SI Esta gráfica recompila os resultados das principais enquisas publicadas desde febreiro de 2013 e inclúe a aquelas persoas que aínda non teñen claro o que van votar o xoves. A tendencia é clara, o SI é capaz de convencer aos indecisos e mesmo roubarlle votos ao NON, deixando un resultado moi aberto a poucas horas de que abran as urnas. Pero cales son as razóns deste crecemento do SI? Segundo un estudo feito pola consultoría Ipsos-Mori, destácanse 3 grandes motivos que afectan sobre todo á natureza das campañas Yes Scotland e Better Together: A visión positiva que transmite a campaña polo SI e o seu carácter de base. A negatividade da campaña polo NON. O atractivo da idea de romper con Londres, tendo en conta a posición de debilidade do Partido Laborista e o ascenso do Partido pola Independencia do Reino Unido (UKIP polas súas siglas en inglés). Sobre este último punto, cómpre lembrar que o electorado escocés é maioritariamente de esquerdas e que a campaña polo SI está a facer fincapé en que eles nunca votaron as maiorías conservadoras de Westminster. Por esta razón, a idea de que os tories sigan no poder outra lexislatura non resulta nada atractiva para o votante escocés. Nas últimas eleccións xerais, os conservadores só obtiveron un deputado dos 59 que envía Escocia á Cámara dos Comúns. As enquisas anuncian un resultado axustado Tal e como vimos na gráfica de arriba, nas últimas semanas a vitoria para unha ou outra opción variou dependendo da enquisa, pero non todas son igual de fiables. Algunhas utilizan paneis online, nos que normalmente participa xente máis involucrada na campaña, e outras fan chamadas telefónicas, que conseguen unha mostra máis representativa. No sitio web What Scotland Thinks? publican con frecuencia o que eles chaman poll of polls (enquisa de enquisas), que é unha media de distintas sondaxes feitas por varias empresas. A última publicárona o 12 de setembro, a menos dunha semana do referendo, e daba unha vitoria do NON por 2 puntos. O perfil dos votantes As gráficas que veñen a continuación están baseadas nunha enquisa telefónica feita pola empresa ICM a petición do xornal The Guardian. Unha sondaxe moi semellante a esta foi capaz de predicir o resultado exacto dun referendo que se celebrou no Reino Unido hai 3 anos, co que se quería mudar o sistema utilizado para elixir aos deputados nas eleccións xerais. Unha das batallas clave do pouco que queda de campaña, e desde logo a máis destacada pola prensa británica, é a loita polo voto feminino. En repetidas enquisas amosouse que o NON conta con moitas máis simpatías entre as mulleres que entre os homes, pero ao mesmo tempo hai unha bolsa de indecisas lixeiramente superior. Unha oscilación neste grupo poboacional pode ser determinante no resultado final. Conscientes disto, ambas campañas lanzan mensaxes dirixidas a ganar o apoio das escocesas. Aos do NON isto non lles saíu moi ben, xa que publicaron un vídeo sobre o tema que foi acusado de ser paternalista e sexista. Onde o SI ten máis forza é nas capas máis humildes da sociedade. A gráfica anterior amosa o apoio maioritario dos desempregados á independencia, ao que hai que sumar a tendencia das clases traballadoras a optar polo SI. Polo lado do NON atópanse apoios significativos entre os xubilados e as clases medias. Na maior parte das franxas de idade non hai un dominio claro de ningunha das dúas opcións, pero hai algunhas excepcións. Os maiores de 65 anos son os máis firmes defensores de manter a unidade do Reino Unido. Este resultado xa o podiamos adiviñar na gráfica anterior cando diciamos que os xubilados apoian maioritariamente o NON. Pola súa banda, o SI obtén os mellores resultados entre aquelas persoas de idade comprendida entre os 25 e os 34. Como era de agardar, o apoio pola independencia é hexemónico entre os votantes do Scottish National Party (Partido Nacional Escocés) pero fraquea nas forzas de ámbito estatal. Os conservadores son nitidamente unionistas, e o apoio ao SI entre as súas bases é residual. Nos laboristas a cousa cambia. Ao redor dun cuarto dos seus votantes en 2011 afirman que apoiarán a secesión este xoves. Non en van, a campaña polo SI conta cun grupo de militantes laboristas mobilizados pola independencia. O apoio do electorado progresista é fundamental para as dúas opcións, nomeadamente o dos votantes laboristas. Dous vídeos recentes de ámbalas dúas campañas serven de mostra. O do SI fala da Escocia que queren construír e contrapóñena aos recortes aplicados por David Cameron desde Westminster. O do NON lembra os logros sociais acadados polo Reino Unido e remata cun alegado final do ex-primeiro ministro Gordon Brown. Faltan poucas horas para que Escocia abra as urnas e decidan se queren rachar o Tratado da Unión, ou continuar facendo parte dun estado que compartiron durante máis de 300 anos. É difícil facer predicións, aínda que algúns analistas xa se aventuraron a adiantar unha vitoria do NON. Pero quedan aínda moitas preguntas no aire. Será capaz a exitosa campaña do SI de arrincar unha maioría? Que influencia terá no voto o desfile de líderes ingleses por Escocia? Como se xestionará o resultado? Cumprirán os unionistas a promesa de máis competencias de ganar o non? Manterá Escocia a libra de ganar o SI? As respostas, a partir de mañá.
NOS_11521
O que fora presidente do Consello da Cultura e da Fundación Penzol morreu onte en Vigo aos 92 anos. Notario de profesión, sempre se implicou no eido social e cultural.
Alfonso Zulueta de Haz, nado en Pontevedra en 1924 foi un destacado galeguista católico, que presidiu o Consello da Cultura logo da morte repentina de Carlos Casares (de 2002 a 2006), e foi presidente da Fundación Penzol até o pasado decembro, cando xa foi relevado por Manuel Puga a causa da súa delicada saúde. Fundación Penzol: "Deixounos onte despois dunha vida de entrega xenerosa á causa galeguista" Esta fundación, ligada á editorial Galaxia, despedíao hoxe así: "Alfonso Zulueta deixounos onte despois dunha vida de entrega xenerosa á causa galeguista (...). Bo e xeneroso, era unha persoa moi querida pola súa afabilidade e polo seu trato cordial e cortés. En xullo do 2014, rendímoslle na Penzol unha emotiva e merecida homenaxe de recoñecemento polos seus 90 anos, un sentir que reiteramos hoxe ao participar a triste nova do seu pasamento. O noso agarimo está hoxe coa súa dona, Teresa, cómplice de vida e de causas. Recordarémoste sempre, querido Alfonso, sempre". Ademais, Zulueta foi un dos fundadores e primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra (1966-1969), tamén foi presidente da Editorial SEPT, especializada en obras relixiosas. Implicouse en política durante a transición, sendo un dos fundadores do Partido Galego Social Demócrata en 1974, do que foi vicepresidente até 1978 ao se unir o seu partido co Partido Popular Galego para dar nacemento ao Partido Galeguista. Ademais, participou na redacción do Estatuto de autonomía de Galicia (1980) no referente ao dereito e idioma galegos como mérito preferente para a provisión de notarías. Alén do Consello e da Penzol, Zulueta participou en numerosas entidades, tanto culturais como sociais, como as fundacións Juan XXIII, Sálvora, Isla Couto e Otero Pedrayo, alén da propia Galaxia. Desde o Consello da cultura tamén se salientou o seu labor "como impulsor da tradución da biblia ao galego e a súa contribución a normalizar o galego no ámbito xurídico".
NOS_41108
Son as nacións sen Estado as que poden poñer en fóra de xogo o réxime do 78, que nos impediu de facto o autogoberno real e que limita o exercicio das liberdades e dereitos civís. Son as nacións sen Estado as que están á vangarda e as que promoven a ruptura democrática.
Malia agravarse a represión por parte do Goberno central, o pobo catalán está a dar un exemplo na loita polo dereito a decidir e Galiza non pode ficar atrás e debe situarse con forza e determinación nun debate que de maneira irremediábel, porque así o quixo a vontade popular, se abriu a respeito da reformulación do Estado. Son as nacións sen Estado as que poden poñer en fóra de xogo o réxime do 78, que nos impediu de facto o autogoberno real e que limita o exercicio das liberdades e dereitos civís. Son as nacións sen Estado as que están á vangarda e as que promoven a ruptura democrática. De feito, evidénciase que a loita polas liberdades das nacións negadas é a loita polas liberdades cívicas e tamén pola democracia. Todos os indicadores económicos e sociais demostran os prexuízos que supuxo para Galiza o xustillo estatutario e o constitucional, a comezar pola desigualdade en pensións, salarios ou infraestruturas. E é que falar do dereito a decidir é falar da capacidade de implantar políticas que permitan mellorar o benestar do pobo e as súas condicións de vida e de acadar unha democracia verdadeira. Neste sentido, o Consello das Mareas emitiu un comunicado en que dixo estar polo dereito a decidir, mentres que o BNG moveu ficha ao presentar as necesarias Bases democráticas para unha nova Galiza, unha proposta aberta ao debate. É hora de encetalo.
NOS_9007
O grupo popular nega que se vaian talar os castiñeiros máis altos de Europa.
A iniciativa proposta polo BNG visaba a paralización dos traballos que ameazan a Fraga de Catasós en Lalín debido á remodelación da subestación eléctrica que Fenosa ten na zona. O obxectivo do proxecto é substituíla por un novo modelo anillado que permita unha dupla entrada do fluxo de enerxía procedente do encoro de Belesar, dunha banda, e outra do Irixo. Desde o Partido Popular tildan de "necesidade" esta infraestrutura argüíndo que "unha avería" deixaría "morto enerxeticamente" Lalín. Aliás, defenden que nen son "2 mil carballos e castiñeiros" os que se verían atinxidos pola construción da obra nen "tampouco se trata da Fraga de Catasós" o espazo no que esta se vai construír. Polo tanto, rexeitan abandonar o proxecto autorizado desde a Dirección xeral de Enerxía e Minas. O BNG defendeu a consideración de todo o espazo natural, e non só da Fraga, como un lugar de protección En sesión parlamentar esta quinta feira (6 de novembro), a deputada do BNG, Carme Adán, procurou a unanimidade das forzas políticas a fin de frear o proxecto de Fenosa e salvagardar este espazo catalogado como Monumento Natural. A proposta da nacionalista perseguía a realización do estudo dunha alternativa que pasaría polo soterramento da liña de alta tensión. Unha "unidade paisaxística indisolúbel" Desde a organización frontista defenden que --embora situárense os traballos a escasos quilómetros da Fraga de Catasós-- a "unidade paisaxística" disposta ao longo do "rego de Quintela" constitúe un conxunto "indisoluble" que debe ser respectado. Mais, para o deputado do PP, Román Rodríguez, "o ámbito do monumento non se toca". Tanto PSdeG como AGE apoiaron a iniciativa presentada pola deputada nacionalista e concordaron en sinalara que a Xunta de Galiza non pode defender os "intereses económicos" da eléctrica en detrimento do valor paisaxístico do espazo de Casas Vellas. O PP defendeu a obra de Fenosa para que Lalín non fique como un lugar "morto enerxeticamente" de sufrir unha avería a actual subestación No entanto, malia semellar inicialmente que se podería chegar a un punto de encontro no que se combinasen as demandas da veciñanza en defensa do patrimonio e a construción do novo modelo eléctrico anillado para Lalín, o PP declinou apoiar unha transacción que contemplaba a derrogación do decreto que autoriza a obra de Fenosa até se avaliar "a posibilidade de soterramento", como sinalou Adán. Aliás, o grupo parlamentar do Bloque demandou o inicio do proceso de incoamento para a catalogación deste espazo natural como de interese local. Por súa parte, o deputado popular, Román Rodríguez, amosouse disposto a solicitar que se freen as obras até se avaliaren alternativas que "minimicen o impacto" da actividade sobre o territorio. Iso si, para garantiren que "non se talen" ou "se tale o mínimo" número de árbores.
NOS_35414
O Sergas defende que é un "encerramento estacional" mais desde Movemento galego de saúde mental exíxenlle a Sanidade que rectifique e advirten do "agravamento" das condicións de saúde mental da poboación.
Xa é tónica xeral nos últimos anos que cando se achegan as datas de verán se anuncie o feche de camas hospitalarias. Desde a Consellaría de Sanidade e o Sergas atribúen a decisión ao período estival e á redución de persoal froito das vacacións. Neste senso, para 2015 Sanidade prevé a desmobilización de 1.200 camas, segundo os dados que manexan as centrais sindicais. De entre elas, 15 das 50 que posúe a Unidade de hospitalización psiquiátrica do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo en Compostela. Unha área que ten padecido os recortes de maneira notábel, que atinxe un colectivo vulnerábel e que no pasado ano xa se víu atinxida por un outro intento de fechamento de camas, daquela no Gil Casares, tamén na capital galega. "Conseguise frear", lembra Alberte Araúxo en conversa con Sermos Galiza "grazas á mobilización do persoal" hospitalario. Un feito que queren conseguir de novo. Araúxo sitúa a redución de camas disponíbeis á "política xeral" do Sergas e a Consellaría de Sanidade que procura "reducir os índices de hospitalización". Un obxectivo que conseguen con "presións" para "limitar os ingresos" e "aumentando a axilidade das altas hospitalarias" mesmo cando @s doentes precisan dunha estadía maior. Así, se no pasado ano a taxa de ocupación en Conxo era "do 85%-90%" a esta altura de 2015 sitúase "entre o 70% e o 75%". O que se suma á "retirada de recursos para persoas con trastornos mentais graves" que son as que precisan de hospitalización. "Temémonos que o feche estacional permitirá transmitir a idea de que sobran 15 camas das 50 que temos" Agrávanse as condicións de saúde mental Alberte Araúxo tilda de "conto chinés" os argumentos do Sergas e da Xerencia de Compostela por atribuíren o fechamento de camas ao período estival. "Temémonos que o feche estacional permitirá transmitir a idea de que sobran 15 camas das 50 que temos" mais o certo é que este tipo de doenzas non están condicionadas pola estacionalidade e mesmo se reflicte un repunte de acordo cos últimos indicadores. "As condicións de saúde mental da poboación téñense agravado", apuntan desde o colectivo galego que sinala o "aumento dos trastornos psíquicos, o incremento dos suicidios, a elevación do consumo de psicofármacos" e tamén "a maior morbi-mortalidade daqueles que sufren trastorno mental grave". Unhas condicións que se repiten naquelas formacións sociais atinxidas polas consecuencias da crise económica, nomeadamente polo desemprego e o empobrecemento. "Defendemos que haxa unha rectificación por parte da xerencia" e "que recúe", explica Araúxo.