ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_31258 | María Xosé Silvar, Ses, non ten pelos na lingua. Nin cando canta, nin cando opina nin cando escribe. Carga contra a irrupción de forzas de extrema dereita e contra radicalización do discurso das dereitas e bota en falla unha "revolta" das esquerdas perante ese escenario tan preocupante. | "Desde a farsa da Transición estas son probabelmente as eleccións máis interesantes, positiva e negativamente, ás que eu asistín como adulta", afirma María Xosé Silvar, Ses, a respecto das votacións deste domingo. "Dunha banda, a confirmación da ruptura dun bipartidismo hexemónico (con satélites carrachos) que semellaba eterno e que obrigou uns dirixentes aburguesados e casposos a moverse para conservar o seu soldo aberrante; e doutra, a entrada en escena dunhas faccións políticas que sabiamos que nunca morreran, pero que calquera Estado que pretenda autodenominarse democrático, debería de prohibir e colocar no seu lugar, que é no cárcere, inmediatamente". "Estou asistindo tan atónita, como calquera cidadán lúcido, a unha campaña marcada polo lucimento mediático do fascismo e a necidade explícitas (até agora minimamente disimuladas) sen que haxa unha revolta nas filas da esquerda que esixa vehemente e incontestabelmente a súa ilegalización, aludindo á tan aclamada noutrora "Lei de Partidos", manifesta. Critica unha campaña electoral na que moitos discursos se centran "en criminalizar aínda máis, se iso é posíbel, o dereito de autodeterminación dos pobos e as bases mesmas do concepto de democracia". Ao tempo, engade, esta é unha campaña "que pisa os cadáveres de miles de mulleres asasinadas co silencio ante unha problemática que non interesa porque non dá votos". A respecto de Galiza, apunta, "non nos xogamos tan só (coma se iso fose pouco) a perda de dereitos en materia de xustiza social, senón a perda da propia identidade cultural". Así, advirte, "estamos de pé fronte ao abismo, mirando aos ollos a nosa propia morte como pobo e como comunidade histórica. Estamos tocando cos dedos 1936, e estou convencida de que, de non poñermos remedio, incluso os máis ilusionados co neofascismo, vano lamentar". |
NOS_2048 | A Comisión de Centro de Atención Hospitalaria denuncia o "colapso" do servizo de Urxencias do CHUAC | O servizo de urxencias do Chuac vive nunha "situación permanente de colapso" na que de forma continuada os pacientes permanecen amoreados nos corredores. Esa é a denuncia que fan desde a Comisión de Centro de Atención Hospitalaria do complexo hospitalario coruñés. Actualmente, sinala a presidenta do Comité, Lucía Peón, a través dun comunicado, a Xerencia xa "normalizou" que as pacientes "estean dispostas nos corredores". Porén, repróchalle, non "normalizou" a necesidade de persoal para atender estes pacientes. "Coidamos que esquecen que os pacientes precisan de persoal de enfermería para a súa atención, aínda que sexa nos corredores". "Sobrecarga física e psíquica destes, incidindo directamente na súa saúde e incluso na calidade asistencial prestada" O aumento de pacientes no servizo non vai ligado ao aumento de profesionais, insisten, o que provoca "sobrecarga física e psíquica destes, incidindo directamente na súa saúde e incluso na calidade asistencial prestada". Sen reforzos Nesta liña, a Comisión de centro lamenta que non só "non se aumenta persoal", senón que cando aumenta a afluencia de pacientes, "a Xerencia non reforza o servizo cos profesionais necesarios". A maiores, engaden no comunicado, "a mala xestión por parte da Xerencia nas contratacións, leva a unha escaseza de profesionais que implica que o propio persoal do servizo renuncie as súas libranzas para poder dar a atención oportuna". A día de hoxe, afirman, continúa unha unidade de medicina interna pechada no hospital Abente e Lago, o que supón "25 camas mais que puideran estar dispoñíbeis e aliviar "algo" a sobrecarga de urxencias". |
PRAZA_20570 | Participará esta fin de semana no campionato estatal cadete de tiro con arco. Cun 7% de visión no ollo esquerdo e un 3% no dereito, a federación tan só lle permite competir na categoría de exhibición. Monitores e familiares loitan para que os seus resultados se inclúan nas clasificacións oficiais | Adri quere ser arqueiro. No ollo esquerdo ten un 7% de visión. No dereito, un 3%. A diana, que está a 18 metros, apenas a distingue. É un pequeno botón amarelo difuso. Suxeita o arco, tensa a corda ata levala aos seus beizos e ata tocar o botón de boca, respira. E solta. Leva uns trinta frechazos e consegue o seu primeiro centro. Sorrí de lado, satisfeito. Agora só quere que o deixen competir. Pero nesta historia, iso é xusto o máis difícil. Coloca os pés nun madeiro coas súas medidas. É a súa referencia no chan. Cada unha das súas frechas ten tres plumas. Dúas azuis e a temoneira, que é amarela. Os culatíns -ao final da frecha- son vermellos. Todo para distinguilos mellor. Compite só. En tiro con arco a loita é cun mesmo pero non hai competidores. Adri é o primeiro arqueiro cego de Galicia. E o único. Adri é o primeiro arqueiro cego de Galicia. E o único "Oxalá houbese máis deportistas coa humildade que ten el". José Teijeiro desfaise en boas verbas mentres o mira de perto. Vixía a posición de brazos e a inclinación do pescozo. "No momento de soltar, sabe cando vai ben, mesmo antes de que a frecha chegue á diana", sentenza Anxo Grandal, que está dous pasos máis afastado. Son os seus monitores. Levan con el desde hai seis meses, cando Adri apareceu nunha reunión do club de tiro con arco A Frouxeira. "Foron os seus colegas os que nos pediron permiso para que nos visitase" explica Teijeiro. Cando o viu en acción preguntoulle si quería entrar. Daquela, todos os esforzos centráronse en atopar materiais de apoio. Un arco zurdo, frechas tuneadas, referencias en pés, mans e torso. Os monitores de Adri pediron axuda á Federación de Deportes de Persoas con Discapacidade para poder competir, pero "o trámite non é fácil" O problema vén cando Adri quere competir. Tanto José como Anxo pediron axuda á Federación Española de Deportes de Persoas con Discapacidad Física (FEDDF). Irene Cuesta, da entidade, afirma que "non é trámite fácil". "No caso das persoas con discapacidade, ten que haber un valorador pertinente para cada caso, e en España non temos oftalmólogos especializados en tiro con arco", di. No entanto, non é imposible, xa que a categoría de deportistas cegos existe dentro dos deportes paralímpicos. Fisioterapeutas ou médicos poden facelo na maioría de categorías da rama física de deportes paralímpicos. No tiro con arco hai tres: open composto, open recurvo e w1 (esta última é a de grandes discapacidades que necesitan de modificacións no arco). A federación permitirá o rapaz galego competir en calidade de exhibición, sen puntuar pero ao carón do resto de arqueiros Adri non é o único caso no territorio estatal. En Salamanca, Dani Morillo, adestrador do club La Flecha adestra desde hai tres anos a Daniel Martín, de 23 anos. Accedeu a el logo da recomendación do seu profesor de educación física do instituto. "É arquero e coñézoo. Chamoume interesado en que Dani tirase. Por probar. Colleulle o gusto axiña. É incrible velo tirar". Cando soubo da historia de Adri púxose en contacto con Teijeiro para darlle o seu apoio. Entre os dous clubes conseguiron acordar coa federación a posibilidade de que estes dous deportistas poidan competir en calidade de exhibición. As súas puntuacións non servirán para entrar en clasificación pero estarán ao carón dos outros compañeiros. Esta fin de semana, Adri estará no campionato nacional para cadetes e menores de 14 anos de tiro con arco que se celebra en Valdoviño (no campo de fútbol de Moutente). Adri participa esta fin de semana no campionato estatal cadete que se celebra en Valdoviño Para Morillo é un avance, pero aínda queda a homologación: "É unha opción que vén rexistrada á hora de competir. Hai que seguir insistindo. A federación ten que poñer as pilas". Polo lado da federación, as expectativas son altas. Para Cuesta "é moi importante que teñan visibilidade. É un orgullo telos competindo. Si fan boas puntuaciones é posible que os teñamos en competicións internacionais. E quizais, no futuro, nalgunha olimpíada". "O que me dá máis medo é atoparme nun lugar que non coñeza. Escoitar a xente e sentir que non compito só" Nos deportes minoritarios o orzamento é axustado e o persoal reducido. Moitos casos dependen da vontade dos propios deportistas e dos seus próximos. Adri sente que ten ao seu carón non só os seus dous monitores. A súa nai e o seu pai apóiano de forma incondicional. O único que lle falta é un pouco de seguridade consigo mesmo. "O que me dá máis medo é atoparme nun lugar que non coñeza. Escoitar a xente e sentir que non compito só". Pero os nervios non aparecen reflectidos nas súas mans ou os seus brazos. Adri volve coller unha frecha da seu carcaj. Tensa a corda. Lévaa aos beizos e solta. Antes de que toque a diana xa sabe si foi ben. É o seu xeito de evadirse do mundo. Cando tira, só pensa no seu corpo e no arco. Deixar frotando a mira arredor dese puntiño amarelo que hai no fondo. E nada máis. |
NOS_25173 | A deputada da fronte nacionalista no Congreso d@s deputad@s, Rosana Pérez, preguntará ao Ministerio de Interior pola "desmedida" actuación da Garda Civil no despexo d@s activistas e demandará un "estudo de impacto ambiental" sobre o proxecto de encauzamento do río Sarria. | O conflito de Sarria chegará ás Cortes españolas da man do BNG. Após re-iniciárense as obras e seren posteriormente paralizadas por orde xudicial, a organización frontista preguntará na Cámara baixa pola actuación dos axentes da Garda Civil que interviron no despexo d@s activistas cando tentaban paralizar a tala dos ameneiros. Segundo o Bloque, a acción do instituto armado foi "desmedida" polo instan o Ministerio de Interior a explicar cales foron as razóns que motivaron tal actuación. Neste senso, cumpre salientar que foi por orde da Subdelegación de Goberno que interviron. Unha actuación "desmesurada" "Foi desmesurada a presenza de efectivos da Garda Civil e a súa actuación ante a xente que alí permanecía", subliña a deputada nacionlista, Rosana Pérez, na súa pregunta formulada ao secretario de Estado ministerial. Doutra banda, o BNG preguntará á Confederación Hidrográfica Miño-Sil "por que se actúa deste xeito, xusto despois de ter anunciado un cambio no proxecto a executar, e por que se comeza a tala de árbores baixo a protección policial". Para a organización frontista resulta "incrible que unha administración poida actuar desta maneira e iniciar unha actuación deste tipo sen contar cos permisos necesarios". Asemade, a fronte nacionalista chama o movemento veciñal organizado arredor da Pletaforma Sarriana polo Río a "manterse activado" para procurar "parar esta desfeita". |
PRAZA_1636 | Nom é hora de baixar a reixa e sim de realizar todas as mudanças imprescindíveis para sermos úteis a Galiza e as suas maiorias exploradas e empobrecidas. Nesta tarefa coincidiremos muita gente. Nom só estamos condenados a entender-nos, queremos fazé-lo com generosidade e respeito. A paciência é umha virtude revolucionária. | A fulminante e imprevista dissoluçom de NÓS-UP nom foi umha decisom adotada por consenso, fruto de um dilatado e sossegado processo de reflexom horizontal entre a militáncia. A deliberada e irresponsável implosom provocada na organizaçom fundada em junho de 2001 foi precipitada, e nom responde a razons políticas e organizativas que assim o justificassem. Porém, agora nom vou aprofundar nisto e sim em realizar umha avaliaçom de urgência, quebrando o prudencial silêncio que até o momento mantivem. Os seus quase três lustros de intervençom estám carregados de luzes e sombras. Nom sou alheio aos seus sucessos e muito menos aos seus fracassos e incapacidades na vertebraçom do novo independentismo superador do localismo e marginalidade no que estava instalado. Os êxitos tenhem múltiplas paternidades e os fracassos som orfos. Assumo as minhas indiscutíveis responsabilidades como parte da sua direçom, salvo as da sua liquidaçom. Com orgulho e a consciência tranquila nom renego da sua impronta e do legado que a dia de hoje tingiu umha parte considerável do tecido patriótico galego. A inexperiência política, as carências na formaçom ideológica, as dispares trajetórias e referentes ideológicos, a juventude de boa parte das pessoas que participamos na fundaçom, fôrom algumhas das causas que impossibilitárom a sua expansom e referencialidade. Som múltiplos os exemplos dos graves erros cometidos pola bulímia ideológica, pola carência de flexibilidade tática, pola incapacidade de afinar e dotar-se dumha acertada linha de massas. As dificuldades para gerir adequadamente os "tempos políticos", por estabelecer umha assimétrica política de alianças, por assumir e conviver com naturalidade contradiçons, para compreender as mudanças conjunturais e as tendências que anunciavam umha mudança de ciclo, provocárom erros que impossibilitárom estabelecer diálogo e interlocuçom com os contornos próximos, e portanto a acumulaçom de forças que acabárom minando a confiança na viabilidade do projeto entre umha considerável parte da militáncia. Derivas esquerdistas impossibilitárom a implementaçom dos acertados diagnósticos na caraterizaçom das mudanças e dos fenómenos políticos e sociais que transitárom do nosso nascimento no fraguismo e aznarismo à etapa de Zapatero até Rajói, passando polo efémero governo bipartido PSOE-BNG, da artificial etapa da expansom e acumulaçom do capitalismo especulativo e de casino à profunda crise atual do modelo neoliberal. Porém, seria injusto só incidir nos erros e carências de 14 anos de insubornável luita ao serviço da Galiza e das suas maiorias sociais sempre desede umha ótica anticapitalista. As modestas dimensons atingidas por NÓS-UP nom devem impedir avaliar a importáncia dos seus contributos à esquerda patriótica e à construçom nacional, tanto no ámbito da renovaçom discursiva e teórica, como na formas e métodos de intervir e interatuar. Definimos com claridom ao povo trabalhador como sujeito da mudança; aperfeiçoamos a transversalidade discursiva dos três objetivos estratégicos que deve perseguir umha organizaçom revolucionária -que já umha década antes começou a implementar APU-, reivindicando umha Pátria livre, vermelha e lilás, e que hoje no plano teórico semelham estarem assumidos por quase todas as forças galegas. A defesa intransigente do princípio de auto-organizaçom foi combinada com umha coerente prática internacionalista com processos que naquela altura estavam estigmatizados e que polas suas mutaçons hoje fascinam a quem nos isolavam e condenavam ao ostracismo. NÓS-UP incorporou e popularizou a ortografia reintegracionista no movimento popular, naquela altura refugiada na torre de marfim das academias e gabinetes; foi pioneira na denúncia do obsceno esbajamento que supunha as obras da Cidade da Cultura; na retirada pública mediante exemplar açom direta de milhares de símbolos fascistas, quebrando um dos tabus da transiçom espanhola; na recuperaçom e elaboraçom do imaginário nacional divulgando o escudo desenhado por Castelao e elaborando o único mapa com o território completo da Galiza; contribuiu na articulaçom e impulso do novo tecido associativo dos espaços autogeridos dos centros sociais; facilitou a recuperaçom da combatividade nas luitas populares; derrotou nas ruas o assimilacionsimo espanholista de "Galicia Bilingüe"; denunciou a deriva regionalista e centrista do nacionalismo facilitando o abandono da via estatutária e a ainda contraditória recuperaçom do soberanismo; combateu sem trégua os discursos patologicamente anti-independentistas, socializando que os problemas do povo tabalhador galego estám indisoluvelmente ligados a dotar-nos de um Estado galego, relato hoje claramente hegemónico nas novas geraçons patrióticas; elaborou o programa tático da esquerda independentista, plenamente vigente. Realizou grandes esforços por agir no concreto, intervindo no ámbito municipal, dotando ao conjunto do independentismo de um sólido e renovado corpus teórico-prático. Foi umha força com um marcado espírito transgressor. NÓS-UP nasceu numha etapa de expansom do movimento de massas, onde as luitas sociais estavam hegemonizadas por um nacionalismo impermeável a construir espaços de confluência, obsessionado com aniquilar-nos. Porém, demonstramos que sim era possível articular um espaço de luita sem submetimento ao taticismo eleitoral, autónomo da lógica que nas duas décadas anteriores convertera o independentismo num apêndice radicalizado do nacionalismo, que hipotecara o seu desenvolvimento por conservar intacto esse letal cordom umbilical. A pedagogia do exemplo caraterizou umha militáncia forjada no compromisso altruista de admirável entrega patriótica e de classe, sem procurar acomodos institucionais, guiada por princípios, coragem e razons. No 40 aniversário do assassinato de Moncho Reboiras a situaçom do projeto nacional galego é mais que preocupante. A dissoluçom da Unidade Popular é consequência da crise da naçom galega, mas também contribui a agravá-la. As convulsons e turbulências nas que leva instalada a esquerda nacionalista e independentista passam por umha reconfiguraçom integral do campo que representamos. Sem umha refundaçom em base a um programa avançado, respeitando o pluralismo ideológico num espaço político e social unitário, Galiza está lamentavelmente condenada a esmorecer. Organicamente hoje o independentismo está mui debilitado pola sua fragmentaçom, mas socialmente goza de relativa vitalidade. O seu legado e contributos som imprescindíveis para evitarmos a catástrofe a qual nos conduz Espanha e as suas estratégias. Nom é hora de baixar a reixa e sim de realizar todas as mudanças imprescindíveis para sermos úteis a Galiza e as suas maiorias exploradas e empobrecidas. Nesta tarefa coincidiremos muita gente. Nom só estamos condenados a entender-nos, queremos fazé-lo com generosidade e respeito. A paciência é umha virtude revolucionária. |
NOS_40792 | Comeza un novo curso escolar, que se prevé axitado. As políticas de retallamento aplicadas pola Xunta de Galiza e a aplicación da LOMCE centran as críticas da comunidade educativa que prepara xa a campaña de mobilizacións. | Enceta un novo curso académico. A volta ás aulas do estudantado vén cargada de reducións no número de unidades escolares –en primaria e secundaria diminucións no cadro de persoal docente e nas bolsas de axuda ao estudo, nomeadamente entre o alumnado universitario. Repagamentos, como o comedor e o aumento do financiamento público ao ensino privado, tamén segregacionista, que centran as críticas da comunidade educativa, especialmente das centrais sindicais que denuncian "o abandono" da pública por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo. Toda a información sobre este asunto no número 113 do Sermos Galiza, xa á venda nos quiosques e na nosa loxa. |
NOS_46412 | Gobernos locais e veciñanza dos concellos de Zas, Vimianzo, A Baña, Fene e Cerdido manifestáronse na Coruña contra o feche de sucursais de Abanca que minguará aínda máis os servizos finaceiros dispoñíbeis no rural. | Os gobernos municipais de Zas, Vimianzo e A Baña foron os impulsores da mobilización á que se sumaron, esta quinta feira, na Coruña, as corporacións doutras dúas localidades afectadas pola clausura de oficinas presenciais de Abanca. Fene e Cerdido tamén ficarán en setembro sen sucursal bancaria na que poder xestionar os seus cartos de forma directa, sen necesidade de acudir a outra localidade. Así, varios centenares de persoas procedentes destes cinco concellos manifestáronse na Coruña contra a decisión da entidade financeira. Veciñanza e corporacións Á protesta contou coa presenza dos alcaldes e alcaldesa dos municipios magoados polo abandono de Abanca e co apoio de formacións sindicais e políticas como o BNG, PSdeG e CIG. Pero sobre todo, coa indignación dos veciños e veciñas que en poucos días se verán na obriga de desprazarse varios quilómetros para poder resolver calquera trámite bancario. As súas proclamas contra o feche das oficinas bancarias, o desmantelamento dos servizos financieros e o abandono do rural súmanse ás doutros concellos prexudicados polo mesmo problema. É o caso de Campo Lameiro ou Portas, que tomaron a iniciativa para evitar o feche das sucursais e rexeitar os caixeiros como única alternativa. A manifestación iniciouse ás portas da fundación de Abanca e terminou na oficina central do banco en Santo Andrés. No transcurso escoitáronse cánticos como "non aos feches" ou "menos beneficios e máis servizos" ao tempo que os asistentes portaban pancartas que pedían que non se prescindise das oficinas e outras que tachaban o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, de "ingrato". 100 oficinas menos en 5 anos O alcalde de Cerdido, Benigno Galego, explicou que no seu concello "só queda un caixeiro obsoleto que sofre bastantes avarías" e subliñou que o municipio ten "unha poboación envellecida", e que, para eles, utilizar a banca electrónica é "complicado". Tamén denunciou as dificultades para desprazarse a concellos limítrofes "por falta de transporte público". "Queremos expresar a máis rotunda oposición a esta política". "Están a reducir as oficinas e o persoal, nos últimos cinco anos máis de 100 oficinas fecharon", expuxo o alcalde de Fene, Juventino Trigo, que instou a Xunta e o Goberno a "tomar medidas". "O que está a facer Abanca está fóra de toda lóxica", dixo. Abanca, rescatada con diñeiro público Pola súa banda, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, manifestou que o peche de oficinas é unha "perda máis" de servizos que levan tempo sufrindo e considerou que esta é "a pinga que colma o vaso", xa que os bancos foron "rescatados con diñeiro público". Tamén sinalou que a xente "está farta" de que os bancos "poidan facer o que queren". "Estamos ante outro atentado contra o rural, estamos fartos de que enchan a boca de que queren promocionalo e logo nos metan estas puñaladas. Non temos apoio desde as institucións, solicitámoslle á Xunta unha reunión, porque se alguén pode frear esta sangría é o presidente", o rexedor da Baña, José Antonio Pereira. Á súa vez, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, considerou que a repercusión é "tremenda" para os seus veciños polo peche da oficina de Baíñas, que ademais usan os veciños de Dumbría e Zas. Xunto ao desprazamento ou as dificultades para usar a banca electrónica, tamén sinala que este peche afecta ao pequeno comercio da localidade. |
NOS_3705 | O noso país é o lugar onde máis subiu o desemprego de todo o Estado español. O desemprego aumenta de maneira alarmante no noso país. As oficinas do Servizo Público de Emprego de Galiza rexistraron 2.251 persoas que quedaron sen traballo no mes de decembro. | Galiza comeza o ano con 278.787 desempregad@s e xa vai en primeira lugar do Estado español en destrución de emprego. Son os datos facilitados polo ministerio de Emprego e Seguridade Social para o mes de decembro de 2012, polo que xa podemos contar co total de desemprego anual do ano pasado. Segundo a nota oficial 13 das 17 comunidades rexistraron unha pequena baixada no desemprego e a que obtén peores resultados é Galiza, onde quedaron sen traballo, 2.251 máis a respecto de novembro, un 0,8% máis. No conxunto do estado, o paro rexistrado ao remate de 2012 foi de 4.848.723 persoas, un 9,64 % máis que en 2011 Aliás, Galiza conta con perto de 36.000 persoas menos na seguridade social, situándose en pouco máis dun millón as cotizacións. Por provincias A Coruña é a que peores datos rexistrou de todo o estado con 1.750 persoas máis inscritas como desempregadas e xa conta con 109.975 demandantes de emprego, un 8,19% máis que hai un ano. Pontevedra tamén conta con números negativos e aumentou en 555 o número de desempregad@s, tendo un total de 110.466 en toda a provincia, un 7,29 máis que hai un ano. En Lugo creceu o desemprego en 36 persoas, un 9,97 máis, e en Ourense rexistrouse un descenso de 90 persoas, o único dato positivo do día. |
NOS_9461 | Galiza supera os 13.300 casos activos da Covid-19 ao situarse en 13.331, que supoñen 639 máis que a xornada anterior, despois de dispararse os novos contaxios até os 1.140. Descenden a 271 os pacientes hospitalizados por este motivo e a taxa de positividade baixa a un 9%. | A situación da pandemia na Galiza non mellora. Segundo datos facilitados pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta terza feira, Galiza supera os 13.300 casos activos froito da pandemia e sitúase en 13.331, que supoñen 639 máis que a xornada anterior, despois de dispararse os novos contaxios até os 1.140. Pola contra, descenden a 271 os pacientes hospitalizados por este motivo, (22 menos) e a taxa de positividade baixa a un 9%. En relación ás persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19, na Galiza xa son 53, unha máis, e descenden a 218 as hospitalizadas noutras unidades, 23 menos, mentres que 13.060 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios. Presión hospitalaria A presión hospitalaria redúcese en seis das sete áreas sanitarias, mentres que na da Coruña e Cee mantense, ao subir a cinco os pacientes Covid en UCI, un máis, após baixar a 23 os ingresados noutras unidades, un menos. Por áreas, destaca a área de Vigo, na que aínda que aumentan a 26 os pacientes con Covid na UCI, dúas máis, descenden a 69 os ingresados noutras unidades, 15 menos; mentres que a de Pontevedra e O Salnés mantén sete en críticos e rexistra 36 noutras unidades, catro menos. Na de Ferrol seguen dous pacientes Covid en UCI e descenden a oito os ingresados noutras unidades, dúas menos; e na de Santiago e Barbanza continúan cinco en críticos e baixan a 14 os hospitalizados noutras unidades, un menos. Pola súa banda, na de Lugo redúcense a catro as persoas ingresadas en UCI, unha menos, e permanecen 12 persoas noutras unidades; mentres que na de Ourense descenden a catro o críticos, un menos, e mantéñense 56 noutras unidades. Supera a barreira dos 13.000 casos Galiza supera os 13.000 casos activos de Covid-19 ao medrar a 13.331. As infeccións activas aumentan en seis das sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+261), seguida da de Santiago e Barbanza (+124); A Coruña e Cee (+109); Pontevedra e O Salnés (+88), Lugo (+32) e Ourense (+29); mentres que descenden lixeiramente na de Ferrol (-4). Daquela, segue con máis casos activos continúa a área de Vigo, con 4.319; seguida da de Ourense, con 2.783; Pontevedra e O Salnés, con 2.016; A Coruña e Cee, con 1.886; e por baixo do milleiro seguen as de Santiago e Barbanza, con 996; Lugo, con 834; e á cola mantense a de Ferrol, con 497. Os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade esta pasada terza feira, sitúan a Galiza cunha taxa a 14 días de 461,06 casos por 100.000 habitantes, polo que segue a incidencia por enriba da media estatal, que está en 412,26. Catro persoas falecidas Sanidade notificou catro novos falecementos. En concreto, dous destes falecementos tiveron lugar na xornada na segunda feira: un home de 86 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) e unha muller de 78 que recibía asistencia no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Ademais, esta terza faleceu unha muller de 90 anos no Hospital Povisa e outra de 92 na residencia CLECE Pardo Bazán de Vigo. Todas estas persoas tiñan patoloxías previas. O total de persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia na Galiza ascenden a 2.710. |
NOS_12826 | Nun momento de centralización regresiva, as literaturas catalá, vasca e galega pulan pola "normalización" das culturas das súas nacións e denuncian o esquecemento ao que son sometidas polos poderes centrais. Representantes das Asociacións de Escritores e Escritoras da Galiza, Cataluña e Euskadi chegaron a esta conclusión no Congreso da Federación Galeusca que tivo lugar o 26, 27 e 28 de outubro en Donosti. O próximo ano o encontro celebrarase na Galiza. | "Oralidade. O que se escribe para dicir", foi o lema do encontro das tres literaturas nacionais en Donosti mais, tras tres días de posta en común e debates arredor da literatura e a súa situación, aprobáronse unhas conclusións que, como en anos anteriores, camiñaban cara a reclamar a normalización das tres realidades nacionais."Nos territorios da escrita creativa xa hai tempo que exercemos o principio da autodeterminación e temos un estado propio" comenta o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras Galegas, Cesáreo Sánchez Iglesias á volta da xuntanza en Donosti. Recoñece na literatura "unha patria liberdade nunha realidade política adversa e unha realidade social dolorosa" despois dun novo Galeusca que, máis unha vez, serviu de convivio e encontro entre representantes dos tres ámbitos literarios. Antonio Reigosa, Xurxo Souto, Vanesa Sotelo, Mercedes Queixas e o propio Cesáreo Sánchez tomaron parte da delegación galega. As conclusións aprobadas na xuntanza do Galeusca 2012 denuncian que os "medios de comunicación de ámbito estatal como reflexo da política activa das estruturas gobernamentais, negan e invisibilizan todas aquelas manifestacións literaturas que se producen nas nosas nacións". Diante dos procesos históricos que están a vivir as tres nacións sen estado para conseguir maiores cotas de soberanía, os escritores e escritoras anuncian que seguirán "a traballar para acadarmos a plena normalización das nosas realidades nacionais e, en consecuencia, das nosas culturas e sistemas literarios".Galeusca constituiuse formalmente como federación hai cinco anos mais os encontros levan celebrándose desde hai vinte e nove. Cada dous escóllese unha presidenta ou presidente entre as tres nacións, e foi precisamente na xestión do galego cando o Parlamento español, con Francisco Jorquera como representante, aprobou unha proposición pola cal instaba o goberno a promocionar, protexer e difundir as tres literaturas sen estado, alén de colaborar coas Asociacións de escritores e escritoras xa que, polo de agora, o ministerio só colabora economicamente coa entidade que representa a literatura española. No encontro de Donosti acordouse, entre outras cousas, facer xestións diante do ministerio para que materialice esta proposición chamada "Medidas para que o Ministerio de Cultura asuma a multiculturalidade e plurilingüismo existente no estado no sector da literatura" que fora entón aprobado pola unanimidade da cámara. O próximo ano, na Galiza Canto ao tema do encontro, a "oralidade", segundo Cesáreo Sánchez valorouse a "importancia de outorgarlle prestixio porque permite a accesibilidade máis directa e honesta ás clases máis populares e ás raíces máis profundas da sociedade. Neste sentido, desde moitos medios de carácter estatal sempre que aparece é como elemento exótico menosprezado".O ano que vén o Galeusca recalará na Galiza e as asociacións están a valorar que o tema sexa a literatura infantil e xuvenil, ámbito no que a galega ocupa unha posición privilexiada. |
NOS_18677 | O festival de curtametraxes de produción galega chega á súa 15ª edición reforzando o seu abano de actividades dirixidas ás crianzas. Desde o ano 2004 o Festival de Cans converte durante catro días as adegas, alpendres, galpóns e cubertos desta parroquia de O Porriño en salas de proxección improvisadas. | Cine e música mestúranse nunha nova edición do Festival de Cans, que este ano reforza o espazo infantil Minicans co fin de atraer a todos os públicos. O "agroglamour" volverá encher as rúas de Cans os vindeiros 23, 24, 25 e 26 de maio, durante os que se prevé que a aldea porriñesa acolla arredor de 13.000 asistentes. Por primeira vez, as actividades infantís ocuparán a xornada da sexta feira e sábado na contorna do Parque do Río, cun programa que inclúe obradoiros de cinema, música, proxeccións didácticas e maxia, entre os que destacan o espectáculo "O Cinematomago", o contacontos ilustrado sobre María Casares e a proxección musicada "Therefilme" de Paula Nimoy, cuxas entradas xa están a venda neste enlace. O resto de actividades son de entrada libre até completar aforo. O festival dará inicio na cuarta feira 23 de maio a partir das 10:00h. Ás 11:00h hai organizado un roteiro cinéfilo-literario da man de Carlos Meixide, que rematará no Baixo de Moncho con "Pioneiros", o coloquio a cargo de Manuel Lourenzo e Pilar Pereira. Será a partir das 22:00h cando comece a coñecida como "Noite dos veciños", durante a cal presentarán o seu xurado particular para máis tarde estrear o documentario Dona Sara: A mestra rebelde, realizado no Proxecto Cans 303. A velada rematará coas actuacións das Pandereiteiras de Cans e os acordeonistas Acordecans. Ao día seguinte Berta Ojea, Tamara Canosa e Mariana Fernández presentarán ás 11:30h no Baixo de Moncho o coloquio sobre igualdade "Que avanzamos no último ano?". Unha vez rematado comezará no mesmo lugar o Encontro sobre subtitulado e linguas minorizados, un faladoiro con Álvaro Gago, Pablo Romero-Fresco e Alfonso Zarauza. O filme de apertura da xornada comezará ás 17:00h no Círculo Recreativo Cultural con British Winters, estrea na que tamén participan os directores Roque Cameselle e Andrew Turnet. Ás 20:00h será a quenda do filme A estación violenta, coa participación da directora Anxos Fazáns, o escritor Manuel Jabois e os intérpretes Nerea Barros, Alberto Rolán, Xosé Barato e Antonio Durán "Morris". A gastronomía tamén terá o seu oco co showcooking dos cociñeiros Lucía Freitas e Beni Couso, onde os asistentes poderán degustar, a partir das 20:30h na Praza do Concello, as "Tapas de Cinema" que estes dous talentos da gastronomía galega teñen preparadas. Ás 23:30h, Esteban & Manuel fecharán a xornada cun concerto na mesma praza. Na sexta feira 25 de maio Nieve de Medina, Isabel Blanco e Nieves Rodríguez presentarán, a partir das 11:30h no Baixo de Moncho, un coloquio sobre o acoso sexual no sector. Ás 20:30 Luís Davila inaugurará no Cans Voulevar a exposición retrospectiva de "O Bichero". Depedro, Treboada Baixo Miño, Triángulo de Amor Bizarro e Sesión Discochimpín serán os encargados de poñerlle música á xornada, con concertos ás 21:00h, 21:30h, 00:00h e 01:30h, respeitivamente. Cumpre destacar tamén o xa tradicional desfile de chimpíns, con saída ás 22:00 desde o Baixo do Moncho. A xornada do sábado abrirá ás 10:00h co primeiro pase da Sección Oficial de Ficción e Animación. Cabe mencionar a proxección de Contra o lume, unha selección de pezas audiovisuais arredor do problema dos incendios. Será ás 10:30h no Jalpón de Alicia. Ás 12:00h Fernando Trueba ofrecerá un coloquio no Espazo Mahou da Leira de Alicia, que tamén acollerá, a partir das 16:00h o "Dálle caña!", un encontro de curtametraxistas das seccións de ficción e animación. Simultaneamente o Cuberto da Mucha do Peso acollerá a estrea de Sevilla y Gomorra, onde participará o seu director, Ángel Filgueira. Ás 17:00 será a quenda de Gracia Querejeta, cun coloquio na Leira de Alicia que comparte horario co primeiro pase de FuraCans, a Sección Oficial de Non Ficción, na Casa de Mari. Burning pecha o último día de festival cun concerto no Torreiro de Cans ás 00:30h continuado pola Sesión Discochimpín, desta vez co DJ Rafa Morcego. |
PRAZA_16613 | O galardón, que chega á súa 14ª edición, entregarase o vindeiro 3 de maio en Ferrol. Precisamente este martes conmemórase o 15ª aniversario do inicio da Guerra de Irak, na que o exército estadounidense acabou coa vida do xornalista galego. | O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol deron a coñecer este martes as catro candidaturas finalistas á XIV edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, coincidindo ademais co 15º aniversario do inicio da Guerra de Irak, na que o xornalista ferrolán foi asasinado polo exército norteamericano, un crime para o que a súa familia continúa a reclamar xustiza. As propostas desta XIV edición son Nacho Carretero, Ramón Chao, Zehra Doğan e Julia Otero. Dende hoxe e ata as 19.00 horas do 10 de abril, os colexiados e colexiadas do CPXG e asociados e asociadas do Club de Prensa de Ferrol poderán elixir a candidatura gañadora. Nacho Carretero, xornalista coruñés, ten traballado e colaborado en numerosas redaccións. É autor do libro Fariña, publicado pola editorial Libros del K.O., sobre o narcotráfico en Galicia nos anos 80 e 90 do século pasado, que en febreiro deste ano 2018 foi secuestrado por orde xudicial. "O narcotráfico estigmatizou Galicia; no resto de España viuse como folclore", destacaba nesta entrevista. Ramón Chao, veterano escritor e xornalista nado en Vilalba, desenvolveu a súa carreira en Francia, en medios como Radio France Internationale, Triunfo, Le Monde ou Le Monde Diplomatique. Defensor da liberdade de prensa ao longo de toda a súa traxectoria, tamén realizou unha permanente reivindicación da lingua e a cultura galegas, dirixindo emisións radiofónicas en galego prohibidas pola ditadura franquista. Zehra Doğan, xornalista kurda e editora da axencia de noticias Jinha, formada integramente por mujeres, atópase encarcerada na prisión de alta seguridade de Diyarbakır polo seu traballo como comunicadora, acusada polas autoridades turcas de "facer propaganda para unha organización terrorista". A súa axencia Jinha foi pechada en 2016 polo goberno. Julia Otero, monfortina, ten unha extensa carreira profesional vinculada principalmente á radio, aínda que tamén é salientable a súa etapa na televisión. Ao longo dos seus anos como xornalista, destacou pola defensa da liberdade de prensa e pola defensa da información rigorosa e contrastada. Está previsto que a entrega teña lugar o 3 de maio, Día da Liberdade de Prensa, en Ferrol. Como cada ano, o Concello de Ferrol cederá o teatro Jofre para celebrar os actos. O gañador ou gañadoras engadirá o seu nome aos dos premiados e premiadas nas trece edicións anteriores: Xosé Hermida (2017), Miguel Ángel Aguilar (2016), Jordi Évole (2015), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014), Mónica García Prieto (2013), o Consello de Informativos de TVE (2012), WikiLeaks (2011), Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010), Rosa María Calaf (2009), Vidal Beneyto (2008), Jon Lee Anderson (2007), Le Monde Diplomatique (2006) e Ali Lmrabet (2005). O obxectivo deste galardón é recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente. |
NOS_43700 | Anova e EU terán que buscar outro nome para a súa coalición, ao existir no rexistro de partidos unha formación así denominada. Creada e disolta en 1993, estivo liderada polo ex alcalde de Noia polo BNG Pastor Alonso. O órgano electoral basea a súa resolución nunha sentenza de 2003 ditada polo TC | A coalición electoral que forman Anova e EU e que encabezan Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz non poderá presentarse o 21-O co nome Alternativa Galega. Nunha reunión da Xunta electoral en que se procedeu á comprobación das denominacións de cada unha das forzas políticas que pretenden concorrer ás eleccións nacionais constatouse que, efectivamente, existe xa no Rexistro de partidos unha entidade así denominada. Trátase dunha formación política liderada por Pastor Alonso, ex alcalde de Noia polo BNG que posteriormente abandonou o BNG para formar Alternativa Galega (AG). Presentou candidatura nas eleccións xerais españolas e ao Parlamento galego de 1993, obtendo pouco máis de 3.000 votos e ningún escano. O paso pola política foi fugaz, pois naceu e se disolveu nese mesmo ano, integrándose parte da súa militancia en Terra galega. No eido municipal, AG conseguiu representación en concellos como Noia ou Rianxo. Segundo puido saber este xornal, a Xunta electoral trasladou a Anova e EU esta problemática, baseando a súa decisión nunha sentenza ditada polo Tribunal constitucional o 17 de xullo de 2003, para alén de dous acordos da Xunta electoral central que van na mesma liña. Pola súa banda, a coalición que lideran Beiras e Yolanda Díaz terá un novo nome esta terza antes das cinco do serán, prazo fixado pola Xunta electoral da Galiza. |
PRAZA_9148 | A Asemblea Local do BNG subliña que o permiso será "rexeitado, no caso de que sexa solicitado" e critica que a Xunta "autorice eventos deste tipo sen sequera consultar coas administracións locais". | O Campionato galego de caza do raposo terá lugar nos montes de Carnota e Muros o vindeiro sábado 26 de xaneiro. Nas últimas semanas tanto a Federación Galega de Caza como a Xunta de Galicia negáranse a facer público a localidade e a data de celebración do evento, que lle dá continuidade aos catro campionatos provinciais do pasado 12 de xaneiro e que será seguido pola prevista realización en Galicia da XII Copa España de Raposo (2 de febreiro) e da Copa Provincial de Lugo (9 de febreiro).O BNG de Carnota critica "que a Xunta do PP autorice eventos deste tipo sen sequera consultar coas administracións locais"A batida non conta coa autorización do Concello de Carnota, gobernado polo BNG. A Asemblea Local da formación aprobou este domingo un documento que subliña que a autorización "no caso de que sexa solicitada" será "rexeitada" e explica que "o executivo local, conformado integramente por membros do BNG, rexeita calquera forma de crueldade contra os animais e moito máis este tipo de eventos que baixo o disfraz de actividade deportiva veñen a promover a matanza indiscriminada de animais". Así mesmo, o BNG de Carnota critica "que a Xunta do PP autorice eventos deste tipo sen sequera consultar coas administracións locais, deixándonos sen voz nin voto nun asunto para nós moi importante, no que consideramos un desprezo sen precedentes pola democracia".O campionato conta tamén co rexeitamento frontal de entidades animalistas como Libera, que dende esta fin de semana está a convidar á cidadanía a remitir a súa protesta ao Goberno galego, a través do envío de correos electrónicos á Consellería de Medio Ambiente. "Estase a ocultar á cidadanía a mínima información que garanta a súa autoprotección e seguridade ao transitar polos montes nos que se celebran estes eventos", denuncia ADEGAADEGA posicionouse igualmente contra a celebración destes campionatos e nos últimos días criticou que os seus organizadores "oculatasen" o lugar no que ía ter lugar esta batida, unha estratexia coa que se buscaba evitar as protestas da cidadanía contra esta práctica. De feito, o evento estaba inicialmente previsto para o domingo 20 de xaneiro e foi finalmente adiado ao sábado 26. "Estase a ocultar tamén á cidadanía, cazadora ou non, a posibilidade de contar cunha mínima información que garanta a súa autoprotección e seguridade ao transitar polos montes nos que se celebran estes eventos", denunciaba a entidade ecoloxista.Campionatos que incumpren a Lei de CazaOs colectivos ecoloxistas que rexeitan a celebración destes eventos subliñan que a súa práctica vulnera a propia Lei de Caza de Galicia (Lei 13/2013), que xa no seu artigo 1 sinala que a finalidade da caza é "protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente os seus recursos cinexéticos de xeito compatible co equilibrio natural e cos distintos intereses afectados". Neste senso a SGHN lembra que a práctica deportiva da caza contravén estes obxectivos de ordenamento, converténdose apenas nun "matar por matar". "Non se pode entender como deporte unha actividade que con leve a morte gratuíta de calquera especie e que ademais incide negativamente no equilibrio ecolóxico e indirectamente na saúde das persoas", engade a entidade.Tamén o PSdeG-PSOE reclamoulle este domingo ao PP que deixe de "subvencionar calquera novo campionato de caza do raposo"O apoio da Xunta a estes campionatos (así aparecía nun dos carteis que anunciaban os campionatos provinciais do pasado 12 de xaneiro) incumpre ademais un acordo parlamentario ao que o pasado ano chegaran todos os partidos galegos, incluído o PP. O Parlamento aprobou por unanimidade en marzo unha moción presentada polo BNG que instaba á Xunta a "non subvencionar estas actividades, non apoialas nin participar na súa promoción e desenvolvemento" e pedía que "ningún cargo público nin representante da Administración galega asista aos actos relacionados con esta inxustificada competición de morte de fauna silvestre". Tamén o PSdeG-PSOE reclamoulle este domingo ao PP que deixe de "subvencionar calquera novo campionato de caza do raposo", cando menos "ata dispor de datos sobre a situación deste animal". Nunha proposición non de lei, os socialistas aluden ao recollido na devandita Lei de Caza e subliñan que estes campionatos semellan ter "un interese meramente lúdico-festivo". |
NOS_46888 | Trata-se de um espaço único em Lisboa que visa o diálogo entre as pessoas, a cidade e o rio ao tempo que se torna em um dos polos museológicos mais visitados do país | O Museu de Arte, Arquitetura e Tecnologia, que abre ao público parte do espaço no dia 5 de outubro, e a totalidade em março de 2017, com um investimento próximo aos 20 milhões de euros, é definido como "a nova proposta cultural para a cidade de Lisboa. Um museu que cruza três áreas num espaço de debate, de descoberta, de pensamento crítico e de diálogo internacional" explicam desde a EDP (Energias de Portugal, antes Electricidade de Portugal). Trata-se de um projeto inovador que coloca em comunicação um novo edifício, desenhado pela arquiteta britânica Amanda Levete e a Central Tejo, um dos exemplos de arquitetura industrial da primeira metade do século XX, e, também, um dos polos museológicos mais visitados do país. Sobre a escolha do projeto de Amanda Levete, António Mexia, presidente do conselho de administração da EDP, justificou que era desejo da empresa criar um edifício na cidade com uma arquitetura orgânica: "Em Portugal a arquitetura tem sobretudo linhas retas, e queríamos um outro conceito, também mais comunicativo e de usufruto público. Quem não viu o MAAT, não viu coisa boa Se até hoje o refrão "quem não viu Lisboa, não viu coisa boa" recolhia a beleza e os pontos de interesse da cidade, desde já haverá que concluir que quem não viu o MAAT, não viu coisa boa. O MAAT traduz a ambição de apresentar exposições nacionais e internacionais com o contributo de artistas, arquitetos e pensadores contemporâneos. Refletindo sobre grandes temas e tendências atuais, a programação apresentará ainda diversos olhares sobre a Coleção de Arte da Fundação EDP. "É um espaço único em Lisboa que visa o diálogo entre as pessoas, a cidade e o rio", salientou António Mexia, em conferência de imprensa, para acrescentar, e salientar, que se trata de um espaço público construído com investimento privado. Espaço público com investimento privado ou a ambição de apresentar o contributo de artistas, arquitetos e pensadores contemporâneos Ocupando um campus de 3,8 hectares, equivalente a quatro campos de futbol, à Beira Tejo, a Fundação EDP, proprietária do museu, apresenta o MAAT como um projeto de ambição internacional que unifica o edifício centenário da Central Tejo e o novo museu, desenhado pela arquiteta inglesa Amanda Levete. Um projeto de ambição internacional que traduz a ambição de apresentar em Portugal exposições internacionais e de refletir sobre grandes temas e tendências contemporâneas. O projeto, acrescentam, traduz a ambição de apresentar em Portugal exposições internacionais, de refletir sobre grandes temas e tendências contemporâneas, de dar destaque ao trabalho de artistas portugueses contemporâneos e de apresentar diversos olhares sobre a Coleção de Arte da Fundação EDP, composta por mais de um milhar de obras e cerca de 250 artistas portugueses. E para começar ... Dominique Gonzalez-Foerster A programação do MAAT começou a 30 de junho com a apresentação de quatro exposições em salas renovadas do edifício da Central Tejo, mas é agora que o novo edifício abre ao público com uma obra de grandes dimensões criada pela artista francesa Dominique Gonzalez-Foerster especificamente para este espaço. Dominique Gonzalez-Foerster, artista francesa de destaque na cena contemporânea mundial mora parte do ano no Brasil, onde conta com obra permanente no Centro de Arte Contemporânea Inhotim, em Brumadinho (Minas Gerais). Trabalhou para esta encomenda no espaço central do novo edifício do MAAT, com uma criação em torno do tema que inaugura a programação do novo museu: Utopia/Distopia. Evocando um conto de fadas para o século XXI, a artista concebeu Pynchon Park como um recinto no qual seres de outro mundo observariam o comportamento humano nas melhores condições possíveis. O novo trabalho ocupa por inteiro os quase mil metros quadrados da Galeria Oval do MAAT. A obra de Dominique Gonzalez proporciona uma experiência lúdica e intrigante em que os espetadores se tornam parte da obra de arte. Nesta fase inicial, a entrada no museu vai custar cinco euros e passará a nove euros em Março de 2017, com entrada livre até aos 18 anos e a possibilidade de aquisição de um cartão de membro do MAAT com um preço anual de 20 euros. Imagem: instalação de Dominique Gonzalez-Foerster, na Tate Modern |
PRAZA_6760 | Os Orzamentos de Sanidade para 2015 contemplan 624.000 euros para os salarios dos cregos, que saen do programa de atención especializada. O número de sacerdotes nos hospitais está rexido por un convenio asinado en 1995, cando Feijóo dirixía o Sergas, e prorrogado polo bipartito. | O programa orzamentario de atención especializada é, dentro do orzamento do Servizo Galego de Saúde, o que "comprende o conxunto de actividades" para "dar a mellor resposta ás necesidade de saúde dos cidadańs e garantirlles as prestacións sanitarias". Con 2.107,31 millóns de euros é un dos que absorben máis recursos dentro das contas sanitarias da Xunta. Deste programa saen os fondos para pagar os salarios de boa parte do persoal sanitario, para mercar subministros hospitalarios ou para sufragar concertos coa sanidade privada. Tamén, aínda que a priori cadre ben pouco co seu enunciado, é o que sostén os salarios do medio cento de postos de cregos que o Goberno galego mantén orzamentados, un plantel espiritual que apenas se reduciu en tres capeláns mentres o Sergas perdía uns 2.000 profesionais da saúde. Os Orzamentos Xerais para 2015 contemplan, dentro do devandito programa, orzamento para pagar os salarios de 52 sacerdotes na rede de hospitais públicos de Galicia. Dende o retorno do PP á Xunta este número apenas variou, toda vez que só minguou en dúas ocasións: en 2010, cando o hospital da Coruña pasou de 8 aos actuais 7 cregos, e no pasado 2014, cando a área sanitaria de Ourense reduciu dúas prazas, quedando con fondos para 8 sacerdotes. A redución foi, polo tanto, do 5,5%. Os fondos para sacerdotes saen do programa de "atención especializada" Mentres isto sucedía a sanidade pública galega adaptábase ás novas restricións dos tempos de crise, tamén no ámbito do persoal. Segundo datos da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, tan só nos últimos catro anos o persoal sanitario en Galicia foi recortado en case 2.000 efectivos. Nomeadamente, no ano 2011 había 34.948 persoas traballando ao servizo do Sergas e en 2014 o plantel era de 32.985 persoas. A tesoirada chega, neste caso, ao 5,6%. Máis de 600.000 euros para salarios O mantemento dos sacerdotes a cobrar do Sergas segue a ter, malia ás lixeiras reducións dos últimos anos, un impacto nas contas públicas superior ao medio millón de euros que, ademais, non sofre redución ningunha dende hai tres anos. Así, en 2015 o departamento sanitario galego reserva 624.242 euros para os salarios dos 52 capeláns, exactamente os mesmos que en 2014. En 2013, aínda con dous postos máis en Ourense, estes fondos chegaban un chisco por riba dos 651.000 euros e nos tres anos anteriores, antes da aplicación de rebaixas salariais no conxunto do sector público, o montante total era de 677.135. En 2009, último ano do bipartito, o orzamento para salarios de cregos no Sergas acadaba os 713.800 euros e aínda contemplaba un sacerdote máis no Hospital da Coruña. Os Orzamentos de 2015 contemplan 624.000 euros para os salarios dos cregos, igual que en 2014 Como no caso do número de efectivos totais, o orzamento para cregos non foi máis recortado que o conxunto dos recursos dedicados á sanidade nos Orzamentos Xerais. Ao contrario, foi reducido cunha intensidade practicamente idéntica. Así, entre 2009 e 2015 os fondos para soldos do "persoal relixioso" tiveron unha mingua de pouco máis do 12%. Mentres, os cartos públicos para sanidade pasaron de 3.546,63 millóns de euros en 2009 a 3170,02 en 2015, un recorte de case o 11%. A orixe dos cregos do Sergas Pero, por que o Sergas mantén estes cregos no seu cadro de persoal? Para responder a esta pregunta cómpre remontarse ata 1995, poucos anos despois de que a Xunta asumise as competencias sanitarias. Con Alberto Núñez Feijóo como secretario xeral do Sergas e José Manuel Romay Beccaría como conselleiro, Sanidade asinou un convenio co daquela bispo de Lugo, Frei Xosé Gómez, para fixar as condicións da asistencia relixiosa católica nos centros sanitarios públicos, ligando o número de capeláns á cantidade de camas hospitalarias. O convenio coa Igrexa asinouse en 1995, con Feijóo como secretario xeral, e o bipartito prorrogouno Aínda que na actualidade o conxunto da oposición galega reclama a fin deste privilexio, o certo é que aquel acordo expiraba en 2005, xa coa coalición de PSdeG e BNG na Xunta, que o prorrogaron. Na liña da escasa transparencia do Sergas a respecto da súa política de persoal a data de hoxe non é posible saber se as 52 prazas de capeláns están cubertas. O dato máis recente ao respecto remóntase a finais de 2013 cando, en resposta a unha pregunta parlamentaria dos socialistas, o departamento de Rocío Mosquera sinalou que daquela contaba con "41 capeláns cun custe total de 531.384 euros". |
NOS_33076 | Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, acusa a Alberto Núñez Feixoo de depositar o futuro da sanidade pública nun centro de chamadas pola última proposta de xestión da Atención Primaria do Goberno galego. | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, está a converter a sanidade pública nun "call center" coa súa xestión da Atención Primaria, criticou hoxe Gonzalo Caballero, secretario Xeral do PSdeG. Desde o concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, Caballero cuestionou o novo sistema de xestión da Atención Primaria que anunciou o Goberno galego, no que o persoal de administracións dos centros de saúde recibe as chamadas e elixe se corresponde atención médica telefónica ou presencial. Nun centro de chamadas ou "call center" é onde Feixoo está a depositar a sanidade pública, salientou o socialdemócrata, que proclamou que "non se poden permitir retrocesos" nin "máis problemas para a sanidade pública". "Despois de 12 anos de languidecer da sanidade pública, non se pode permitir que Feixoo siga danando o sistema", apuntou Caballero, canto máis na situación derivada da pandemia da Covid-19, na se atopa baixo unha presión excepcional. Para resolver esta situación, instou a Xunta da Galiza a contratar máis profesionais, precisamos "que salgan 5.000 novas prazas estábeis ao longo da lexislatura e non permitir máis retrocesos", afirmou. Que precisa Amoeiro? Acompañado do alcalde de Amoeiro, José Luis González, do deputado Juan Carlos Francisco, e do secretario xeral do PSdeG na provincia, Rafael Rodríguez Villarino, Caballero quixo destacar a "magnífica xestión" do equipo de goberno en Amoeiro. Caballero tamén apoiou as demandas municipais, como a da escola infantil ou a construción dun centro de día, polo envellecemento da poboación na vila ourensá. |
NOS_18059 | Superada a prova dos orçamentos 2017 para a aliança entre o Partido Socialista e a esquerda de orientação marxista. Bloco e PCP deram suporte ao PS na aprovação da generalidade dos orçamentos, embora, nomeadamente desde as bancadas comunistas, se continuam a manter críticas a respeito das políticas do governo de Costa. | A aliança parlamentar da esquerda portuguesa expressou-se esta quinta feira com a aprovação no pleno da Assembleia da República da generalidade do projeto de orçamentos para 2017, contas que ainda são fiscalizadas diretamente pela União Europeia. O texto foi votado em contra pela duas formações da direita, o PSD e o CDS. Aliás, por vez primeira o partido do anterior primeiro ministro, Passos Coelho, mostrou interesse em negociar modificações dos orçamentos no trâmite da especialidade, isto é, na discussão das emendas parciais. A líder do Bloco de Esquerda, Catarina Martins, afirmou que os orçamentos incorporam avanços na reposição dos direitos perdidos por parte das maiorias sociais e, nesse sentido, defendeu que "o milhão de votos à esquerda do PS (…) sabe que tem aqui resultados do seu empenho". Entre esses resultados salientou o incremento das pensões. Não é na quantia que o Bloco quisesse, disse, mais ao tempo ressalvou: "É um aumento real para mais de 80% dos pensionistas e não é pago com cortes em nenhuma prestação social". Por vez primeira o partido de Passos Coelho mostrou interesse em negociar modificações dos orçamentos no trâmite de emendas Por sua parte, o secretário geral do PCP, Jerónimo de Sousa, pôs em destaque que "a nova correlação de forças na Assembleia da República" teria permitido que se dessem "passos positivos na reposição, defesa e conquista de direitos por parte dos trabalhadores e do povo português". Passos positivos, mais à vez "insuficientes e limitados", admitiu o líder comunista, para quem a solução dos problemas de Portugal não se pode encarar com maiores garantias de sucesso enquanto o país continuar subordinado aos imperativos económicos da eurozona. Em qualquer caso, vincou o líder comunista que "para o PCP tudo o que combata a exploração, as injustiças, o empobrecimento e contribua para uma vida melhor para os trabalhadores e o povo, terá sempre o nosso apoio, o nosso contributo e a nossa proposta". O projeto, superada a fase do debate da generalidade, será agora submetido a análise parcial a meio das emendas que possam formular os distintos grupos parlamentares. Um novo exame para testar a fortaleza da aliança da esquerda, com a direita do PSD interessada em explorar as hipotéticas contradições entre o governo e os seus parceiros parlamentares. No trâmite das emendas, o Bloco tencionará que se melhorem as condições laborais dos trabalhadores autónomos, enquanto que o PCP quer rever o projeto de novo imposto do património imobiliário. |
NOS_56463 | A má noticia, a fuxida dos tres pontos de Vigo. A boa, as sensacións positivas que en xeral transmitiu o combo adestrado por Unzue e as magníficas prestacións do dianteiro uruguaio Maxi, que selou as súas dúas primeiras dianas en Balaídos. | Xogar ben, por momentos abeirando a excelencia, oferecer boas sensacións e perder. Así é o futebol e así o mostrou por enésima vez en Balaídos. A equipa de Unzue non puido colleitar nen un só ponto na súa estrea no campionato. O momento culminante do partido non o protagonizou nengún futebolista, senón o árbitro. Só el viu dentro da área unha falta producida fóra. A Real non desaproveitou a dádiva. Nese momento (minuto 87) o taboleiro de marcas sinalaba un empate a dous goles. O Celta estivo excelente no arranque de xogo e en xeral levou a iniciativa. Mais tamén cometeu algúns erros parvos (nomeadamente a saída en falso de Sergio no 1-1) que o acabaron condenando. Polo medio, a freguesía celeste puido gozar da competencia goleadora do seu novo dianteiro, o uruguaio Maxi, autor dos dous tantos do combo galego. Mellor estrea, case imposíbel. Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Jozabed (Lobotka, min.76), Wass, Iago Aspas, Sisto (Hjulsager, m. 86), Maxi Gómez (Pablo Hdez. m. 66). Real Sociedade: Rulli, Illarra, Xabi Prieto, Willian José, Aritz, Canales (Vela, min.57), Zurutuza, Oyarzabal, Odriozola (Juanmi, m. 66), Rodrigues, Raúl Navas. Goles: Maxi Gómez (1-0, m. 22). Oyarzabal (1-1, m. 32); Maxi Gómez (2-1, m. 50); Juanmi (2-2, m. 80)); Willian José (2-3, m. 87). Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amoestou Maxi Gómez, Jonny e Hugo Mallo (Celta); Illarra (Real Sociedad). Campo: Balaídos (16.961 espectadores). |
NOS_27582 | Entre os futbolistas sen equipo están Mario Mandzukic ou Franco Borini. Na Segunda División, tampouco o Lugo fixo ningunha incorporación nesta fiestra do mercado. | O mercado de fichaxes botou o feche nas últimas horas sen que o Celta conseguise fichar ningún dianteiro tal e como aspiraba o seu adestrador, Óscar García Junyent, que agora deberá agardar á vindeira fiestra de fichaxes. A única novidade que se produciu foi a saída, en calidade de cedido, de Vadillo ao Espanyol, actualmente na Segunda División. O clube tentou liberar espazo e masa salarial, mais nin Costas nin Jorge Sáenz aceptaron as propostas que o Celta lles presentou. Con todo, desde a entidade viguesa non renuncian a contar cun avanzado máis que poida acompañar a Iago Aspas nos labores ofensivos. Despois de tentar sen éxito facerse cos servizos de Loren Morón procedente do Real Betis en calidade de cedido nas últimas horas antes do feche do mercado, agora son outros os nomes que manexa a dirección deportiva que encabeza Felipe Miñambres. Todos cunha característica en común: están sen equipo, derradeira oportunidade para atopar o goleador que tanto necesita nestes primeiros meses da tempada. Ademais, Rafinha acabou finalmente traspasado polo FC Barcelona ao PSG. Entre as opcións que se barallan está Daniel Sturridge, de 31 anos, ex do Manchester City, Chelsea e estrela do Liverpool. Tamén Alexandre Pato, que xogou na tempada 2016/17 no Villarreal, e ademais tivo un paso destacado polo AC Milan. Mario Mandzukic, de 34 anos, outro dianteiro de sona internacional tras o seu paso, entre outros clubes, pola Juventus ou o Atlético de Madrid, e que acabou marchando a Catar podería ser unha incorporación de peso. Máis novo é Franco Borini (29 anos), no seu momento considerado o futuro da selección italiana, mais que finalmente non acabou por callar. E por último tamén o senegalés Oumar Niasse e o francés Yaya Sanogo soan para o Celta de Vigo. Nin chegadas nin saídas Tampouco o Lugo fixo ningunha incorporación nesta fiestra do mercado. Iso a pesar de que tanto o adestrador, Juanfran, como membros da directiva confirmaran pública e repetidamente durante as últimas datas que as fichaxes dun central, dun centrocampista e dun xogador de banda esquerda eran inminentes. E tampouco se anunciou ningunha saída, aínda que isto pode cambiar xa que os mercados doutras ligas continúan abertos. |
PRAZA_8884 | Será este mércores pola mañá na Praza de Galicia. Denuncian "as prácticas de desgaste" que Banco Santander-Banesto, Novagalicia Banco e Banco Popular-Pastor manteñen "nunha decena de casos de execucións hipotecarias". | Stop Desafiuzamentos Compostela convoca unha concentración este mércores, 15 de maio, ás 11:00h, na Praza de Galicia da cidade para denunciar publicamente "as prácticas de desgaste, ninguneo, deixadez e bloqueo de negociacións que diversas entidades bancarias están a manter en case unha decena de casos de execucións hipotecarias que as afectadas, co respaldo da plataforma, puxeron enriba da súa mesa". Chaman a cidadanía a participar na mobilización "dado que o dano á súa imaxe e a presión na rúa e nos medios son os únicos mecanismos que semellan efectivos para facer avanzar estes procesos". Denuncian "as prácticas de desgaste, ninguneo, deixadez e bloqueo de negociacións que diversas entidades bancarias están a manter en case unha decena de casos de execucións hipotecarias" Sinala en concreto a Banco Santander-Banesto, Novagalicia Banco e ao Banco Popular-Pastor, especialmente a "aquelas persoas que ocupan nelas cargos con capacidade de decisión", aos que lles esixen que "asuman as súas responsabilidades e que se dignen canto menos a concertar unha xuntanza coas familias co obxectivo de resolver os casos un por un, e de tal forma que o dereito á vivenda e a dignidade das afectadas non sexa vulnerada como o foi ata agora". Engaden que durante meses, Stop Desafiuzamentos Compostela asesorou e acompañou en múltiples negociacións varias persoas en distintos momentos do proceso de execución coas tres entidades nomeadas. "O resultado foi similar na meirande parte dos casos: sería exposto ás altas esferas, que darían unha resposta en contra ou a favor, e só restaba agardar a que esta chegara. O problema é que a resposta nunca chega, cos perxuízos económicos, persoais e sociais que esta incerteza constante ten para as afectadas", din. |
NOS_15654 | A música non só se sinte no oído senón tamén se ve. Vertixe Sonora Ensemble leva ao Liceo de Ourense este mércores día 19 o concerto Visións sonoras, dentro do ciclo Do Audible. | O concerto Visións Sonoras da Vertixe Sonora Ensemble contará tamén coa participación do neurocientífico José Antonio Lamas ademais do musicólogo Emilio Lede. A proposta percorre as relacións entre a música e as artes visuais, fitando a atención nas presenza de produtos audiovisuais nas nosas vidas. Será así, o profesor José Antonio Lamas quen se encargará de introducir ao público na sinestesia, a capacidade para achegarnos á relación entre as distintas experiencias dos sentidos, tons, cores ou sabores. A singular fórmula da iniciativa agudizará non só a experiencia artística senón tamén a reflexión arredor da percepción das diferentes artes a través dos sentidos. Palabra, natureza, visión e espazo A iniciativa toma parte de Do Audible, un ciclo de Vertixe Sonora Ensemble composto por catro concertos (en A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo) que se articulan arredor da palabra, o visual, a natureza e o espazo. Canda á música, cada un dos concertos ten previsto contar cunha intervención dalgún profesional relacionado co tema para que a reflexión vaia xunto co goce estético. Despois do concérto da Vertixe Sonora Ensamble deste mércores día 19 en Ourense, no que se visitarán os compositores Pierre Jodlowsky e Pedro García Velasquez, o ciclo viaxará á Facultade de Belas Artes de Pontevedra o mércores 6 de novembro co intervención do musicólogo Emilio Lede máis o artista Fernando Casás. Para o 13 de novembro está prevista a última cita na Casa do Saber de Lugo oco concerto "Ouvir o espazo" no que, ademais de Emilio Lede intervirá o arquitecto Alfredo Sirvent. Os concertos son de balde até completar a capacidade. |
QUEPASA_169 | Última hora: Adíase a limpeza do río do Porto ao sábado 17 de outubro, polas malas previsións climatolóxicas | Esta pasada fin de semana o Concello de Carballo uníase á campaña Proxecto Ríos, promovido por ADEGA. Unha nova xornada de concienciación medioambiental que sacou das casas a centos de voluntari@s a limpar os seus ríos. Foron 5 as voluntari@s de Senda Nova, coordenadas por María Canedo os que se achegaron ao río Rosende, e retiraron uns 100 kgs do río Rosende, entre elas o maleteiro dun Ford Orión, unha silla de escritoio, iantas dun coche... ou unha bolsa de leite de hai mais de 20 anos que estaba case intacta… Voluntari@s de Senda Nova no río Rosende Proxecto Ríos na Ponte Mentres, os dous colectivos ecoloxistas de Camariñas, Mar de Fábula e PX Costa da Morte, uniranse á ADEGA, pero farano esta fin de semana. En estreita colaboración co Concello de Camariñas, organizan este próximo sábado día 3 de outubro, unha nova acción de saneamento e protección, neste caso no Río do Porto, mediante a recollida do lixo plástico. O punto de encontro será ás 11:00h na praza do Outeiro (diante do local de PX). Todos os veciños que queiran participar nesta limpeza deberán inscribirse en [email protected] ou no tlfno: 608609042. |
NOS_2312 | A súa demisión por "esgotamento político e persoal" obriga o partido a reordenarse | Xavi Domènech deixa o escano no Parlament e o mando de Podem e Catalunya en Comù e faino apenas uns meses despois de ser eleito secretario xeral da marca de Podemos en Catalunya e reeditar o seu triunfo nas primarias dos común. "Nestes anos asumín un conxunto de responsabilidades […] que me esgotaron política e persoalmente", afirma nun comunicado en Facebook. "Após unha profunda reflexión decidín que é o momento de deixar todos os meus cargos, tanto no Parlament como o de coordinador xeral de Catalunya en Comú e secretario xeral de Podem Catalunya. Domènech entende que "é hora de dar paso a novas persoas con ideas frescas e a enerxía precisa para levar a cabo os retos que o país pide nos vindeiros meses. A sorprendente marcha de Domènech deixa a confluencia nunha situación complicada, segundo medios cataláns que citan fontes da formación, obrigada a reorganizarse. Torra O president da Generalitat, Quim Torra, expuxo na noite da terza feira desde o escenario do Teatro Nacional de Catalunya as liñas básicas da súa aposta política para estes meses. Non concretou un roteiro claro e fechado mais advertiu que non ía haber renuncia ao proxecto de 'facer República'. Torra defendeu o dereito de autodeterminación do pobo catalán e a liberdade para os presos políticos, ao tempo que instaba á sociedade catalá a unha mobilización permanente. Isto non implica, explicou, unha renuncia ao diálogo co goberno español, ao que convidou a "negociar" e "escoitar". |
PRAZA_2695 | Cáritas remata os actos organizados co gallo do Día das Persoas sen Fogar, no que persoas participantes dos seus programas apelaron aos "políticos responsables". A entidade destaca o déficit de prazas de albergues, que a Xunta deu por "libres". | "Non é doado comprender que haxa máis de tres millóns e medio de vivendas deshabitadas en España, que foron planificadas para o investimento económico". "Temos que denunciar que hai persoas en situación de exclusión residencial". Quen fala non é un político da banda esquerda do arco parlamentario nin tampouco un activista contra os desafiuzamentos. Son verbas do arcebispo de Santiago, Julián Barrio, na carta pastoral do Día das Persoas sen Fogar, no que a través de Cáritas veñen de volver chamar a atención sobre a necesidade de "solucións políticas" e sociais para un problema que, segundo os datos máis recentes da organización, en Galicia afecta ao dobre de persoas que as rexistradas polas estatísticas oficiais. O primeiro paso, advirten, é a fin da "invisibilidade" e da criminalización. A entidade, que nos últimos anos mesmo se enfrontou a que os gobernos galego e central cuestionasen os seus datos e chamadas de atención, desenvolveu nos últimos días actos en torno a unha xornada na que, di o seu director en Santiago, José Antonio Beiroa, "non baseamos en estatísticas", senón que procuraron que a sociedade fose "partícipe das vivencias" das arredor de 110 persoas que, no caso de Compostela, atenden diariamente no seu centro Vieiro. Alí, onde profesionais e voluntariado ofrecen servizos básicos como hixiene persoal, café quente, apoio socioeducativo ou asesoramento en trámites coas diferentes Administracións, estiveron as portas abertas para a poboación en xeral durante a fin de semana. "Necesitamos compromisos políticos que garantan que unha persoa non quede na rúa por unha enfermidade mental, un divorcio, un desafiuzamento ou unha adicción" Na capital galega ás reivindicacións da xornada púxolles voz Manuel García, participante do Centro Vieiro que colaborou na elaboración do manifesto difundido en todo o Estado. "Levamos sufrido moito na rúa, pasando fame e frío, pero imos converter a nosa dor en vida, imos crear relacións, construír vínculos; imos deixar de estar sós e perdidos, sen ter a ninguén, porque estamos xuntos", explica. Á situación de estar sen fogar chégase "por varias causas, algunhas persoas, que son nas que estamos traballando, pero outras son sociais" e "teñen que ver cunha estrutura social baseada en institucións que crean desigualdade", advirten. "Nós queremos saír desta" e para ese obxectivo, resalta, contan con entidades como Cáritas, pero con isto non abonda. "Necesitamos compromisos políticos que garantan que unha persoa non quede na rúa por unha enfermidade mental, por un divorcio, por un desafiuzamento ou por unha adicción". Ás portas das eleccións as persoas sen fogar piden "políticos comprometidos e responsables que poñan á nosa disposición políticas e recursos adecuados, tanto económicos como profesionais" no ámbito da vivenda pero tameń, por exemplo, no da sanidade universal: "Cando se nos nega -advirten- condénasenos á enfermidade e ao sufrimento". Déficit das prazas de albergue que Feijóo deu por "libres" Entre as materias pendentes que Cáritas detecta neste ámbito atópase o déficit de prazas de albergues. Un ano despois de que o presidente da Xunta retrucase ás reclamacións da entidade a prol dunha "vivenda digna" instando a "saber por que, se hai albergues que non se utilizan, hai xente que dorme na rúa", Cáritas explica que, por exemplo, na capital galega existen arredor de 40 persoas "sen teito, que dormen a diario na rúa" e a elas cómpre agregar as que ocupan as 25 prazas das que dispón o Albergue Xoán XXIII, onde as persoas sen teito só poden durmir 7 días ao mes e onde as prazas, constatan, non son dabondo. "Tamén noutros colectivos hai ruidosos" pero "non se chama tanto a atención" sobre eles como no caso das persoas sen fogar, resalta Cáritas Neste sentido, Cáritas apunta que unha posible vía de solución a este problema pode emanar da Mesa de Coordinación das entidades que atenden as persoas sen fogar e que "lidera" o Concello de Santiago, "institución que buscar darlle unha solución integral á problemática do senfogarismo na cidade", din. Neste sentido, explican, "xa se comezou a falar da intención" de crear un albergue municipal e da "posta á disposición de vivendas que ten o Concello". Esa estratexia "integral", sinalan, estase a abordar tamén en Compostela a través dun "equipo de rúa" municipal que terá "incidencia inmediata". Neste sentido, e fronte ás voces que no ámbito de parte do comercio e da prensa local reclaman unha solución de orde pública para as persoas que viven na rúa e permanecen en prazas do casco histórico, Benjamín Roo, consiliario de Cáritas en Santiago, resalta que, alén de problemas puntuais de adaptación, "a maioría" das persoas que participan nestes programas son "xente fenomenal". "Tamén noutros colectivos hai ruidosos", pero "non se chama tanto a atención" sobre eles, salienta. |
NOS_50510 | Miles de persoas apoian en Marín aos familiares do 'Villa de Pitanxo', dispostos a "continuar loitando". | O avión do Exército do Aire que hoxe partiu cara Canadá co obxectivo de repatriar aos sobreviventes e vítimas do pesqueiro 'Vila de Pitanxo' ten prevista a súa chegada á base aérea de Compostela esta segunda feira ás 18 horas. Así o anunciaron desde Moncloa, que tamén indicaron que o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, desprazarase até Galiza para recibir ao avión procedente de Terranova. A aeronave partiu este domingo ás 10 horas desde a base militar de Zaragoza con destino Canadá. Diso informou o Executivo estatal, que detallou que o A-400 do Exército do Aire será recibido no aeroporto de San Xoán de Terranova polas autoridades consulares españolas e polo embaixador de España en Canadá, Alfredo Martínez Serrano, que xa se atopa na zona para dirixir in situ os labores de repatriación e asistencia aos familiares. O sábado, após chegar a porto a bordo de senllos barcos, concluíron as identificacións das nove vítimas mortais cuxos corpos foron recuperados ─cinco españois, tres peruanos e un ganés─. Na véspera chegaran no buque canadense 'Nexus' os dous primeiros corpos de mariñeiros falecidos e o sábado fixérono os corpos das outras sete vítimas, xunto aos tres sobreviventes, a bordo do pesqueiro español 'Praia Menduiña II'. Repatriacións No avión que hoxe partiu de Zaragoza serán repatriados a España, ademais dos tres mariñeiros sobreviventes, cinco dos corpos recuperados: catro españois e un dos mariñeiros ganeses da tripulación do 'Villa de Pitanxo'. O quinto español identificado é hispano-peruano, polo que será repatriado a Perú, como os outros tres mariñeiros peruanos identificados. O Ministerio de Asuntos Exteriores, que traballa en coordinación cos servizos do Goberno de Terranova e Labrador para que a repatriación se realice con todas as garantías e canto antes, informa ás familias dos mariñeiros en todo momento e mantén activo un Plan de Asistencia Consular, apuntan desde a Moncloa. Acto en Marín Por outra parte, miles de persoas reuníronse este domingo na Alameda de Marín para amosar o seu apoio aos familiares da tripulación do 'Villa de Pitanxo', o pesqueiro galego naufragado en Terranova (Canadá) a pasada terza feira. Na concentración as familias insistiron na súa petición de "renovar a procura canto antes" e aseguraron que non van parar nin "esquecer" aos desparecidos. A mobilización, convocada polos propios achegados, estaba prevista para as 13 horas, aínda que pasadas as 12 xa comezou a congregarse xente na praza. Entre eles, os alcaldes de Marín, Pontevedra, Bueu e Cangas; a conselleira de Pesca, Rosa Quintana; a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy; e a dirixente popular e deputada no Congreso, Ana Pastor. Pontón pediu que se atenda á petición das familias de seguir coa busca dos mariñeiros desaparecidos e que para iso se implique tamén con medios o Goberno do Estado. Ademais, reiterou toda a colaboración do BNG nun dos momentos "máis difíciles da vida". Tanto en declaracións aos medios como xa nunha intervención aberta a todo o público desde o palco da música de Marín, os familiares insistiron en "renovar a búsqueda canto antes", sinalando que os pesqueiros que se atopan na zona aseguraron que "a meteoroloxía xa o permite". Especialmente críticos foron co Goberno estatal, ao que lle afearon a falta de información e de medios propios en Terranova, que si se destinan para outras catástrofes ou para prestar axuda en conflitos. "Non estamos a pedir unha axuda, estamos a pedir un dereito", aseguraron respecto a a recuperación dos corpos dos desaparecidos. |
NOS_49054 | O debate das pensións está a xerar moitas opinións encontradas entre os colectivos partidarios de penalizar a xubilación anticipada e incentivar a actividade laboral máis aló da idade de xubilación e os que consideran que estas medidas non farán máis que fechar aínda máis as portas do mercado laboral á xente nova. | Estas últimas semanas estamos a constatar unha intensa actividade ministerial para dar saída a cuestións que afectan á situación económica de milleiros de familias. Están a negociación dos ERTE, a nova norma sobre o teletraballo, o debate sobre o salario público, e agora tamén un tema que afecta tanto ao Ministerio de Traballo e Economía Social como ao de Inclusión, Seguridade Social e Migracións: as xubilacións. Hai uns días, a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, tivo que saír ao paso dunhas supostas discrepancias co titular do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, acerca de por onde ten que ir a reforma das pensións. As friccións viñan pola intención deste último de ofrecer incentivos para prolongar a vida laboral máis aló da idade legal de xubilación, unha decisión que, segundo Díaz, "entorpecería" o rexuvenecemento dun mercado "profundamente envellecido". Como explica a Nós Diario o experto Xavier Pérez Davila, medidas como penalizar a xubilación anticipada e incentivar o atraso da xubilación máis aló da idade legal "complican aínda máis o acceso da xente nova, as mulleres e os parados ao mercado de traballo", dous colectivos que son os máis prexudicados pola falla de oportunidades. Ademais, Pérez Dávila considera que a penalización da xubilación anticipada, outra das medidas avanzadas por Escrivá, "ten un efecto clasista, xa que hai unha serie de traballos que se desenvolven en condicións físicas moi exixentes. O que vai facer é que estas persoas teñan que elixir entre xubilarse cunha maior redución das bases reguladoras da que sofren agora ou continuar traballando en condicións penosas, se non son as propias empresas as que lles meten presión para xubilarse". Tamén sería clasista incentivar a vida laboral máis alá da idade legal. "A quen beneficia é as persoas que desempeñan postos de traballo máis cualificados, mellor pagados e con maior prestixio social, que recibirán pensións por riba da máxima", indica o experto. Suba das cotizacións Do que si se amosa partidario Pérez Davila é de que se suba a base de cotización máxima, xa que "o sistema actual é proporcional, non ten ningún tipo de progresividade", e pon o exemplo dos directivos do IBEX, que cobrando salarios de 2,4 millóns de euros anuais non cotizan por máis de 48.000 euros. Pero que paguen máis non debería darlles dereito a percibir aínda moito máis cando se xubilen, sobre todo cando temos "entre 4 e 5 millóns de pensións por debaixo do salario mínimo interprofesional que se deberían subir por riba do IPC". Outra medida que vería positiva para equilibrar o sistema de pensións, incluída nun relatorio que presentou en xaneiro de 2019 o propio Escrivá cando estaba á fronte da Autoridade Independiente de Responsabilidade Fiscal (Airef), é a de pagar con cargo aos orzamentos xerais do Estado español as pensións de viuvez e orfandade, así como os gastos de xestión da propia Seguridade Social que, como lembra Pérez Dávila, "é o único organismo público que asume cos seus ingresos os gastos propios de xestión". Desta maneira, apunta, "eliminaríase o argumento do déficit do sistema co que sempre nos machacan". División nos sindicatos Mais a división que evidenciaron os ministros de Traballo e Seguridade Social tamén se dá nos sindicatos. Así, en UXT a secretaria de Políticas Sociais, Emprego e Seguridade Social, Mari Carmen Barreira, propón acabar coa xubilación anticipada forzada dos maiores de 50 anos. "Non son voluntarias, son forzosas, porque o noso mercado de traballo está a expulsar ás persoas traballadoras de máis idade", sinalou nunha entrevista. Para Barreira, "a mellor maneira de asegurar os ingresos da Seguridade Social é facendo que os maiores cheguen á súa idade normal de xubilación nos seus postos de traballo". Ademais considera que esta é a mellor maneira de aproximar a idade efectiva de xubilación á legal. O seu secretario xeral, Pepe Álvarez, pola contra, argumentaba que a pretensión de penalizar as xubilacións anticipadas era "malvada, inhumana e cruel", xa que 81,5% dos traballadores que se xubilaron anticipadamente en 2019 "fixérono desde o desemprego", e a de alongar a idade de xubilación, "un desastre". Pola súa banda, a secretaria de organización da CIG, Susana Méndez, afirma que as medidas anunciadas "xa as coñecíamos como propostas da Airef, pero para nada representan a solución que precisa o sistema público de pensións", engade. "Se as medidas que se implantan supoñen que se amplíe a vida laboral e se dificulte o acceso á xubilación anticipada, o que está claro é que se prexudica a quen accede a ese mercado. A mocidade, unha vez máis, se ve abocada á emigración, ao desemprego e á precariedade", lamenta. |
PRAZA_19971 | A verificación dos apoios mantén a curta distancia entre os dous principais aspirantes a liderar o PSOE. A dirixente andaluza supera o ex-secretario xeral por pouco máis de 6.000 sinaturas en todo o Estado, pero apaña menos sinaturas en numerosas autonomías e en todas as provincias galegas. | Pedro Sánchez amosa a súa fortaleza. A súa candidatura ao liderado do PSOE vence claramente na recollida de avais en Galicia e queda a apenas 6.273 sinaturas válidas das acadadas por Susana Díaz en todo o Estado, segundo o reconto oficial e a verificación finalizada este venres. O ex-secretario xeral do partido deu un golpe na mesa. Sen o apoio do aparato, a elevada mobilización da militancia fortaleceu a presidenta da Junta de Andalucía pero deixou tamén claras as enormes posibilidades do ex-candidato á Moncloa, así como as nulas do ex-lehendakari Patxi López. Pedro Sánchez supera nun milleiro de avais a Susana Díaz en Galicia Sánchez supera en máis de 1.000 os avais de Susana Díaz en Galicia e vence en todas as provincias, tamén na de Pontevedra, feudo de Abel Caballero e Carmela Silva, principais defensores da dirixente andaluza e críticos co ex-líder socialista. Mesmo en Ourense, onde o ex-conselleiro Pachi Vázquez deixou claras as súas preferencias cara á dirixente andaluza, o resultado foi moi axustado pero favorable ao ex-secretario xeral. Sánchez tería superado as 4.000 sinaturas mentres que Susana Díaz quedou a pouco das 3.000. Patxi López, pola súa banda, roldou as 800, segundo os datos que ofrecen as candidaturas. O ex-líder do PSOE practicamente dobrou en avais á dirixente andaluza nas provincias da Coruña (1.400 por 700) e de Lugo (900 fronte a algo máis de 400). En Pontevedra e Ourense foi onde a disputa estivo máis apertada, cunha diferenza de arredor dun cento de apoios en cada territorio ( sobre 1.100 para o madrileño e un milleiro para a sevillana na provincia atlántica e 800 fronte a 700 na do interior). Pedro Sánchez recolleu o dobre de avais de Díaz nas provincias de Lugo e da Coruña Caballero, alcalde de Vigo e presidente da FEMP, limitouse a asegurar este venres que "Susana [Díaz] arrasou, literalmente na primeira agrupación de Galicia e nunha das máis importantes de España", en referencia á local da súa cidade, e que os avais dos militantes da urbe foron "maioritariamente" para a dirixente andaluza. "No resto de Galicia haberá que preguntar a outros dirixentes", engadiu. Pola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso pediu"cultura democrática" e advertiu que as primarias "non poden converterse nun proceso de autodestrución". En declaracións a Radio Galicia, pediu non incrementar a tensión no PSdeG a "límites que non se deberían" e demostrar "sentido común". "As primarias non poden converterse nun proceso de autodestrución", advirte González Formoso Cunha participación de arredor do 65% -achegada ao importante 70% que se deu a nivel estatal-, a militancia galega deulle o seu apoio ao antigo aspirante á presidencia do Goberno central, candidato de boa parte do PSdeG que apostou por Xoaquín Fernández Leiceaga para aspirar á Xunta fronte a José Luis Méndez Romeu, entre eles Pilar Cancela, presidenta da xestora provisional dos socialistas galegos e estreita colaboradora de Sánchez. Susana Díaz presentou 59.390 avais válidos, fronte aos 53.117 de Sánchez e os 10.866 de López No cómputo global en toda España, Susana Díaz presentou finalmente 59.390 sinaturas de apoio válidas; Sánchez, 53.117; e Patxi López, que superou o corte, 10.866. Para poder optar á secretaría xeral, abondaba con superar os 9.368 avais, pero a participación foi tal que se superou en máis de 15.000 persoas a todos os participantes nas primarias celebradas en 2014 e nas que o ex-aspirante á Moncloa vencera co apoio inestimable da presidenta andaluza. Logo sería obrigado a dimitir logo de obter os peores resultados socialistas nunhas eleccións xerais tras a irrupción de Podemos e as súas confluencias. Ao final, o número de avais invalidados -por non pertencer a militantes ou ter erros nos datos- foi semellante en ambos os dous principais aspirantes a liderar o PSOE. Sánchez presentou 4.407 sinaturas non válidas e Díaz, 4.635, desbotándose así as acusasións de irregulares que saíran do equipo da aspirante andaluza. En total, houbo 123.373 avais en regra dun total de case 188.000 militantes do PSOE no censo. Sánchez superou con claridade en número de avais a Díaz en Galicia, pero moito máis aínda noutras comunidades do norte e do leste peninsular. O ex-líder socialista arrasa en Navarra, Cantabria, Comunitat Valenciana, Asturias, Balears ou Castilla y León, mesmo en territorios onde baróns e presidentes autonómicos deron o seu apoio á líder andaluza, como no caso valenciano con Ximo Puig ou o asturiano de Javier Fernández, presidente da xestora aliñada coa dirixente da Junta. Gañou en 11 autonomías fronte as 6 de Díaz. En Catalunya, celeiro de votos para o PSOE, Sánchez multiplica por sete os apoios de Susana Díaz, mentres que en Euskadi, o ex-lehendakari López vence a ambos e a presidenta andaluza acada un escaso 2%. É en Castilla-La Mancha e en Aragón -presididos por dous ferventes apoios da aspirante sevillana, Emiliano García-Page e Javier Lambán- onde Díaz acumula máis avais que os rivais, á marxe de Andalucía, onde o apoio colleitado é moi maioritario, ou Extremadura. López di 'non' á proposta de Sáchez para que se integre na súa candidatura Vistos os resultados, Pedro Sánchez emprazou este venrs a Patxi López a sumar forzas contra Susana Díaz. Nun acto en Alcalá de los Gazules (Cádiz), anunciou que incorporaría varias das propostas do ex-lehendakari como propias, con independencia da súa resposta, que axiña foi negativa desde o equipo do aspirante vasco. "Con toda humilidae e respecto, para min e para nós, sería unha honra e un orgullo compartir camiño para facer do PSOE un partido de esquerda, coherente e aberto", advertiu Sánchez, que lle pediu a López "camiñar xuntos até o 21 de maio". O equipo do ex-presidente vasco recoñece que serán moitas as voces que lle pidan unirse á candidatura e a non seguir até o 21 de maio pola apelación ao voto útil que se vai producir e que pode minguar aínda máis os seus apoios. No entanto, asegura que Sánchez non se dirixiu a eles para facerlles "ningunha oferta" e que a súa "intención é seguir ata o final" da competición pola secretaría xeral. Susana Díaz carga contra a intención de Sánchez: "Hai quen está contento con ser segundo e xa é a terceira vez" Horas despois de coñecerse os datos da recollida de avais, López cancelou a súa axenda: aprazou unha entrevista e un acto que tiña previsto en Galicia, a onde non acudirá polo momento. O encontro con militantes da Coruña estaba previsto para as sete da tarde deste venres. En comparecencia de prensa, á mesma hora que tiña previsto estar no país, o aspirante vasco advertiu que a súa candidatura "non se podía retirar" "Presentámonos para defender a undiade do partido", dixo, ademais de rexeitar "a batalla da división suicida". "Temos que parar este enrontamento, temos que salvar o PSOE", engadiu. Mentres, Susana Díaz criticata os intentos de "confluencia" por parte de Pedro Sánchez e cargaba con dureza contra el: "Hai quen está contento con ser segundo e xa é a terceira vez". Tamén Caballero denunciou a actitude do aspirante madrileño polo seu "cambio de opinión" e por querer "pactar" con López "á marxe dos militantes". |
NOS_54652 | O primeiro-ministro David Cameron ganhou a rejeição de meio mundo ao qualificar os imigrantes ilegais que tentam atravessar o Eurotúnel – desde Calais, na costa francesa, até ao Reino Unido – como "enxames" ou "pragas" humanas ("swarms"). | As Nações Unidas, o governo sueco, a Igreja Anglicana, grupos de direitos humanos e a oposição em Westminster disseram se tratar de uma retórica "inumana", "incendiária" e "oportunista". Impávido, o governo conservador respondeu nesta segunda-feira (3/8) com um endurecimento maior das medidas para lidar com os imigrantes que diariamente buscam cruzar o Canal da Mancha. Além da construção de novas barreiras de segurança, do aumento do contingente policial, câmeras de vigilância e cães adestrados na fronteira, o ministro de comunidades Greg Clark agregou que uma das medidas será uma mudança legal que permitirá dar penas de prisão ao proprietário que alugue ou que dê alojamento a estrangeiros sem verificar sua situação legal, ou que não expulse os que não tenham seus papéis em dia. "Vamos perseguir com todo o peso da lei os proprietários que fazem dinheiro com a imigração ilegal, soterrando nosso sistema imigratório", afirmou o ministro. Segundo o chanceler Phillip Hammond, "o governo está começando a controlar essa crise, e os imigrantes ilegais estão diminuindo". "O governo conservador respondeu com um endurecimento maior das medidas para lidar com os imigrantes que diariamente buscam cruzar o Canal da Mancha". Muitos conservadores, o partido antieuropeu UKIP e até setores da polícia britânica pediram a intervenção do exército e a utilização de unidades especiais de gurkas para a caça de imigrantes ilegais. O governo, reeleito em maio com uma plataforma dura a respeito do tema, se negou a essa possibilidade, mas endureceu sua retórica para mostrar que o Reino Unido não é um "soft spot" de fácil acesso e vida subvencionada pelo Estado. Em sua última intervenção, na quinta-feira passada (30/7), antes de sair de férias, David Cameron aumentou os decibéis do debate até roçar um racismo colonial. "Existem enxames humanos que cruzam toda a Europa buscando uma vida melhor, que agora querem vir à Grã-Bretanha porque têm uma economia vibrante, muitos empregos e é um lugar incrível para viver", comentou. Ato deliberado ou traição do inconsciente, a conotação insetificante do termo "swarms", usado pelo primeiro-ministro causou uma onda de reprovações. Dois dias antes, um sudanês de 25 anos havia perdido a vida, atropelado por um caminhão que ingressava no Eurotúnel – que atravessa o Canal da Mancha. Foi a nona morte em apenas um mês. Em nome da Igreja Anglicana, o bispo de Dover, Trevor Willmott, pediu ao primeiro-ministro mudar o tom de suas intervenções. "Estamos nos transformando num mundo de intolerância crescente. Temos que redescobrir o que significa ser humano", disse. O questionamento mais ácido veio de um sócio do Reino Unido na União Europeia (UE), o ministro de Justiça e Imigração da Suécia, Morgan Johansson. "A Suécia está aceitando entre mil e dos mil imigrantes por semana. O Reino Unido não está assumindo a responsabilidade que lhe corresponde", indicou Johansson. Os números imigratórios europeus respaldam o ministro sueco, e refutam o papel de vítima dos caóticos "enxames humanos", que as autoridades britânicas tentaram projetar para justificar as medidas anunciadas. Nos primeiros quatro meses do ano, cerca de 250 mil pessoas solicitaram asilo político a países da União Europeia: menos de 10 mil (3%) buscaram essa ajuda no Reino Unido (que tem mais de 10% da população europeia). Segundo as Nações Unidas, há um total de 250 mil refugiados na França: mais que o dobro que no Reino Unido. A realidade é que, com uma sociedade que direitizou o seu discurso, o governo britânico mescla deliberadamente asilo político, imigração ilegal econômica e o que sucede em Calais. "A imensa maioria dos imigrantes ilegais são gente que chegou normalmente ao Reino Unido e ficou depois que venceu seu visto para trabalhar num restaurante ou montar um negócio. Não é alguém que veio da Eritreia, que trepa no teto de um caminhão em Calais para ver se consegue furar as barreiras da fronteira", explica Jonathan Portes, diretor do National Institute of Economic and Social Research. "Como a hipocrisia é a homenagem do vício à virtude, o discurso oficial conservador nunca se esquece de recordar a "nobre tradição britânica" de asilo político, desde as revoluções europeias do Século XIX ao nazismo ou os países convulsionados nos Anos 70". O problema do governo é ter prometido reduzir a imigração a menos de 100 mil pessoas por ano – quando chegou ao poder, em 2010. Longe desse objetivo, os números dispararam a mais de 300 mil. A imensa maioria são imigrantes econômicos, sejam de outros países da União Europeia (legais) ou do planeta (com ou sem permissão de estadia). A única maneira de seguir projetando uma imagem de firmeza é com pronunciamentos de linha dura com os imigrantes que se concentram em Calais, muitos deles provenientes da Síria, Afeganistão, Iraque, Eritreia e Sudão, todos eles países imersos em guerras civis ou sob governos ditatoriais. Como a hipocrisia é a homenagem do vício à virtude, o discurso oficial conservador nunca se esquece de recordar a "nobre tradição britânica" de asilo político, desde as revoluções europeias do Século XIX ao nazismo ou os países convulsionados nos Anos 70. Na prática, a ministra do Interior Theresa May, aspirante a suceder Cameron, afirmou abertamente que os refugiados de um país como a Eritreia são econômicos e não políticos, apesar de as Nações Unidas terem publicado um documento de 500 páginas sobre a "violação sistemática e absoluta dos direitos humanos" sob o governo de Isaias Afwerku, que, entre outras coisas, tem um sistema de alistamento obrigatório para toda a população masculina ou feminina, o que, segundo as organizações de direitos humanos, os transforma numa população escrava. Em Calais, os testemunhos da grande maioria são contundentes. Um dos refugiados africanos comentou, numa reportagem do dominical britânico "The Observer", que preferia que essas barracas precárias em que se aloja a voltar ao seu país. "Não quero morrer, não quero matar a ninguém. Não me importa ficar aqui para sempre. Pelo menos aqui não há armas, não há mortes". Tradução: Victor Farinelli |
NOS_21127 | "Actuar agora para previr unha crise alimentaria é unha actitude máis humana, efectiva e economicamente máis eficiente que responder despois ás consecuencias do desastre", di a ONU en referencia á praga de lagosta que ameaza o leste de África. | Lese no capítulo 10, versículos 12-15, do libro do Éxodo: "O Señor díxolle a Moisés: 'Estende a túa man sobre Exipto, e que entre a lagosta por todo o país, que coma a herba dos campos e o que quedou do pedrazo'. (...) A lagosta entrou por todo o país e pousouse en toda a terra de Exipto (...) Cubría a superficie da terra, até escurecela. (...) En todo o Exipto non quedou chisca de verde, nin nas árbores nin nos campos". Non obviou a ONU a referencia á Biblia (editada en galego por SEPT, 1989) no informe que emitiu nas últimas horas alertando da situación que se está a vivir nos países do leste do continente africano por causa da praga da lagosta do deserto. "É unha praga de dimensións bíblicas", sinalan, "aínda que, por antiga que sexa, a súa escala actual non ten precedentes nos tempos modernos", afírmase. A Organización da ONU para a Alimentación e a Agricultura, máis coñecida polas súas siglas en inglés, FAO, lanzou un primeiro sinal de alarma en xaneiro, solicitando axuda financeira para conter a praga. Porén, os fondos suficientes non acaban de chegar. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
NOS_17819 | Cidade das Burgas e Envialia xogan un derbi galego. | Xornada fundamental para os intereses dos equipos galegos na máxima categoría do fútbol sala feminino. O Burela Pescados Rubén chega na terceira praza con seis partidos disputados a este último encontro da primeira volta, e dado o descanso do Alcorcón -segundo- accederá ao primeiro posto e conseguirá o título oficioso de campión de inverno se alcanza superar na súa casa o actual líder, Torreblanca Melilla. As Guerreiras Laranxas poranse a proba mañá sobre a pista do Pavillón Javier Imbroda ás 19 horas da tarde ante a gran revelación da tempada, nun encontro que se poderá seguir a través da canle de streaming do conxunto galego, burelafs.tv. As pupilas de Julio Delgado e Lucas son conscientes da magnitude do reto que representa un rival que "vén de facer grandes encontros e que está a realizar un gran traballo. Será moi complicado; iso din os números", tal e como advertía Camila Gadeia Silva 'Cami'. A veterana xogadora de São Paulo destacou que o Torreblanca Melilla é "un cadro repleto de xogadoras brasileiras, cun míster tamén brasileiro, e unha estratexia de xogo moi libre. Polo tanto, sabemos que será duro", apostilaba a '8' do conxunto laranxa. Non obstante, o Pescados Rubén Burela chega nun bo momento, logo do festival de goles ante o Xaloc (9-1), un choque que para Cami "representa que estamos preparadas, xogando ben, e en plena evolución e crecemento. Queremos seguir así hoxe para poder centrarnos na Copa da Raíña a partir da vindeira semana", confesou a feche. O Poio tamén mira arriba Nunha xornada na que o Viaxes Amarelle descansa, os outros conxuntos galegos en liza son o Poio Pescamar, Ourense Envialia e Cidade das Burgas, que protagonizan un derbi de rivalidade local. O choque, programado para ás 17 horas de hoxe no Paco Paz, chega co Envialia como máximo favorito, pois o Cidade das Burgas aínda non sabe o que é a vitoria e ocupa a posición de fechacancelas con tan só un punto na táboa. Pola súa banda, o Poio Pescamar afronta un duelo ante un rival directo na zona nobre da clasificación, AE Penya Esplugues. As do Llobregat son cuartas e as galegas terceiras, e de conseguir a vitoria asexarían aínda máis o primeiro posto do Futsi Atlético. |
NOS_1083 | O Tribunal supremo avalara este imposto en 2017. O letrado comunitario considera que non é transparente e que pode ser abusivo. A banca española ten miles de millóns de euros neste tipo de hipotecas. | O Avogado Xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea fai tremer a banca. Considera que o índice de referencia de empréstitos hipotecarios (IREH) non é transparente e pode ser abusivo. O que abre as portas que agora os xuíces poidan anular ese imposto hipotecario que o Tribunal Supremo español avalara en 2017. O posicionamento do Avogado Xeral non é vinculante mais unha vista ao sucedido nestes anos mostra como na gran maioría das ocasións a decisión do tribunal vai polo mesmo camiño. De feito, case 70% das decisións do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) foron no mesmo sentido que a posición do Avogado Xeral. Porén, non foi así en resolucións chaves como a das cláusulas solo. O Avogado Xeral entende que o xuíz pode comprobar se cando de asinou o contrato expúxose de maneira transparente o método para calcular o interese e que a persoa que subscribe a hipoteca puidese valorar as consecuencias económicas que implica. O IREH, indica o Avogado, establece un valor de referencia que parte dunha fórmula que é complexa e adoece de falla de transparencia. A sentenza do Tribunal agárdase para inicios de 2020 O índice IREH presentouse como unha referencia para as hipotecas máis estable que o outro índice empregado, Euríbor. A decisión mantén en vilo á banca española, que ten 17.000 millóns de euros ligadas a este tipo de hipotecas. |
NOS_10466 | O xuíz instrutor do caso das gravacións a 87 mulleres durante as festas da Maruxaina (San Cibrao) de 2019 considera que non existe delito contra a súa intimidade. As imaxes foron rexistradas na vía pública, sen o seu consentimento, para subilas máis tarde a webs pornográficas. A defensa presentou recurso e espera unha decisión máis "xusta". | O xuíz que instrúe o caso das gravacións ocultas a perto dun cento de mulleres mentres ouriñaban nun espazo retirado da vía pública durante as festas da Maruxaina de 2019, en San Cibrao, non aprecia delito contra a intimidade nas imaxes denunciadas. Nun auto emitido a comezos de setembro, o xuíz Pablo Muñoz Vázquez desestima o recurso presentado polo colectivo Mulleres en Igualdade de Burela ao primeiro arquivo da causa, ditado por el mesmo a mediados de marzo. O titular do xulgado de Instrución número 1 de Viveiro expón que os feitos denunciados non constitúen un delito contra a intimidade ou o dereito á propia imaxe porque os vídeos rexistráronse na vía pública, polo que deberían ser tratados pola vía civil e non pola penal. Así, desestimou a denuncia por segunda vez. E por segunda vez, Mulleres en Igualdade avanzou a presentación dun recurso. O primeiro, de reforma, é o que vén de ser rexeitado. O último, de apelación, foi interposto ante a Audiencia de Lugo, que aínda non se pronunciou. Malia este novo revés xudicial, o colectivo mariñao di "confiar" no proceso aberto nos xulgados. "Nós, como sinalizou a Fiscalía, defendemos que se trata dun delito contra a intimidade e que alternativamente pode existir outro contra a integridade moral das vítimas, polo que esperamos que a Audiencia sexa máis xusta". Intimidade buscada As imaxes sobre as que xira o caso da Maruxaina foron tomadas na vía pública e captadas con cámaras colocadas á mantenta para ese fin, de forma clandestina, para rexistrar o rostro máis os xenitais das mulleres que acudían ouriñar a unha zona oculta, afastada da festa. Ao cabo do tempo, as gravacións subíronse a páxinas web de contido pornográfico, algunhas de pago. "O xuíz entende que non concorre o delito contra o artigo 197 do Código Penal porque non se atenta contra a intimidade das mulleres que estaban facendo as súas necesidades na vía pública polo feito de estaren na vía pública. E esta é a cuestión esencial que nosoutros discutimos", asegura a este xornal o avogado de Mulleres en Igualdade, José Manuel Olivares. Segundo aclara, o artigo 197 protexe o dereito á intimidade, e salienta que as "peculiaridades" que concorren neste caso fan que "aínda que as mulleres ouriñaran na vía pública existía un ámbito de intimidade buscado por elas mesmas e o contexto físico así o corrobora". O letrado refírese ao espazo físico que, ante a ausencia de urinarios públicos na zona, as mulleres de San Cibrao escolleron, "xa por tradición doutros anos, para facer as súas necesidades". Unha zona retirada das vías públicas onde se celebra a festa e protexida, ademais, polos coches que adoitan estar aparcados. "Estamos falando dunha vía pública pero dun ámbito onde se dá unha importante intimidade", afirma José Manuel Olivares. "E a colocación de cámaras de forma expresa para gravar as mulleres nesa actividade viola ese espazo íntimo", por máis que estea na vía pública. E incide, "o artigo 197 do Código Penal non precisa os ámbitos onde se ten que ver atacada a intimidade. Simplemente di que se hai intimidade debe ser protexida". Operadores xurídicos consultados por Nós Diario apuntan unha redacción "difusa" ou pouco específica do Código Penal, que tende a ser "ambigua ou restritiva". Polas consecuencias punitivas que implica, sosteñen, o dereito penal non admite "interpretacións amplas". Ademais, sen restar razón á defensa das mulleres vítimas das gravacións da Maruxaina, xustifican o argumento do xuíz instrutor do caso, que non ve relevancia penal nos feitos sen prexuízo de que se inicien accións civís. "O espazo público está protexido polo dereito civil. O penal é o último ratio". Con todo, para Olivares, non é tanto un problema de redacción como "dunha correcta interpretación, tanto do artigo como das circunstancias especiais que concorren neste caso". A este respecto, aclaran as mesmas fontes xurídicas consultadas, os órganos lexisladores son os encargados de facer as leis, "pero a interpretación correspóndelles aos tribunais, que fixan criterios a partir dos diferentes supostos que chegan ás súas mans", polo que se trata de avanzar cara a un criterio máis "estábel". Integridade moral A maiores, o avogado das mulleres de San Cibrao mantén a defensa da comisión doutro delito contra a integridade moral. "O feito de que as imaxes que captaron se subiran a páxinas web pornográficas, onde algunhas seguen expostas, supón un ataque contra a dignidade das persoas afectadas", protexido polo artigo 173 do Código Penal, un delito que tamén estima a Fiscalía. "Se é patriarcal, non é xustiza" Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade, o auto que arquiva por segunda vez a denuncia presentada polas gravacións clandestinas da Maruxaina de 2019 é un exemplo máis da "violencia xudicial que se reproduce cada día, con sentenzas que, lonxe de ofreceren protección, van en contra dos dereitos das mulleres". "Se é patriarcal, non é xustiza", afirman, antes de destacar que desde hai tempo a "xustiza patriarcal" está no foco da loita feminista global. "A loita contras as violencias machistas pasou de reclamar cambios normativos a pór o foco no sistema xudicial, como responsábel último da súa impunidade e do fracaso dos avances legais". Un paso adiante na esixencia dunha igualdade real. "Feitos como estes deberían ser considerados no só un acto contra a intimidade senón encadrarse como violencias machistas", polo que urxen unha resposta feminista en todos os niveis da sociedade, "esixindo formación e educación". |
NOS_33687 | Nunha xornada moi axitada en todos os sentidos, como poden dar testemuña Támara Echegoyen e Iago López, que padeceron os efectos do tifón 'Nepartak', o boxeador Enmanuel Reyes sacudiu os xogos eliminando o casaco Vassiliy Levit, subcampión olímpico e bronce mundial, situándose así a dous pasos das medallas. | Cal e area para Támara Echegoyen no seu camiño cara a medalla de ouro. A galega, acompañada da balear Paula Barceló na categoría 49er FX, comezou de forma case inmellorábel, finalizando a primeira regata en segunda posición, só por detrás das británicas Charlotte Dobson e Saskia Tidey. Lamentabelmente, e cando encabezaban a clasificación durante a segunda, non puideron evitar que a súa embarcación envorcase, o que a levou até a décima posición. E, para colmo de males, na terceira e última foron descualificadas. Non obstante, a galega mantén o optimismo: "Temos que ser positivas a pesar de todo, porque foi un día inestábel e difícil para navegar". Diso pode dar boa fe outro galego, Iago López, quen xunto co seu compañeiro Diego Botín rematou quinto a primeira regata do 49er masculina, a única que se puido disputar a causa dun tifón que obrigou a adiar a competición. Fóra da auga, o boxeador Enmanuel Reyes, o 'Profeta de Monte Alto', protagonizou unha das grandes sorpresas no que vai de Xogos Olímpicos após derrotar por K.O. ao casaco Vassily Levit, vixente subcampión olímpico e medalla de bronce nos dous últimos campionatos do mundo. Non menos simbólica foi a vitoria da selección española de balonmán ante o combinado francés, segunda clasificada en Río 2016, choque no que brillou a xogadora de Valdoviño Alicia Fernández. Ollo ao tifón 'Nepartak', un factor a ter en conta O que lle faltaban aos Xogos máis accidentados da historia: problemas climáticos. O tifón Nepartak, que xa fixo das súas na xornada de hoxe, ten previsto tocar terra ás 12 do mediodía de Xapón, traendo consigo tormentas e fortes ondas que prometen volver alterar o curso das probas disputadas ao aire libre, como a vela, na que compite Nico Rodríguez, ou o Dobre Scull de Caetano Horta. Poden estar tranquilos, por tanto, os e as galegas que compiten en interiores, caso dos judocas Nico Shera e María Bernabéu, ou Rodrigo Corrales no balonmán. |
NOS_17452 | En 2016, o voto cristián conservador foi, inesperadamente, decisivo para Trump chegar á Casa Branca. O medo a unha Administración de Hillary Clinton máis favorábel a estender os dereitos da comunidade gay ou a lexislar a prol do aborto acabou mobilizando este electorado onde, en 2020, Biden podería pescar algúns peixes. | "Raramente vai á igrexa, manifestou que nunca buscara perdón polos seus pecados e no seu discurso de aceptación non mencionou a Deus". Nunha análise publicada por The New York Times poucos días despois da vitoria electoral de Donald Trump sobre Hillary Clinton, nas eleccións presidenciais estadounidenses de novembro de 2016, apuntábase á relixión como "a peza que falta para comprender" o triunfo deste, malia ser un tema "case invisíbel durante a campaña presidencial". Laurie Goodstein, correspondente do rotativo para asuntos relixiosos asinaba a peza. Foron diversos os factores que levaron o magnate neoiorquino á Casa Branca, mais a posteriori constatouse o papel decisivo deste grupo no proceso electoral. Tanto que na carreira electoral deste ano non está a pasar tan desapercibido ─para o Partido Demócrata─ e, segundo os analistas, pode acabar sendo decisivo para decantar o resultado final. Segundo sinalara naquela altura Michael Wear, conselleiro político do ex presidente Barack Obama para cuestións de fe, Clinton fracasou á hora de conectar cos evanxelistas e católicos brancos, que se sentiron "apartados" por ela. "Trump entendeu iso e apelou a eles en termos completamente maquiavélicos". Así, ao tempo que abrollaban audios que mostraban un Trump misóxino e acusacións que o implicaban en casos de acoso a mulleres, este mantiña continuas reunións cos líderes relixiosos e participaba asiduamente en programas da Christian Broadcasting Network, do famoso e multimillonario telepredicador evanxélico Pat Robertson. As propostas xenófobas como expulsar todos os musulmáns do país ou afirmar que México enviaba "drogas e violadores" a través da fronteira tampouco disuadiron a dereita cristiá de votar por Trump, que chegou a dicir: "Teño a xente máis leal, algunha vez vistes tal? Podería poñerme no medio da Quinta Avenida e disparar á xente e non perdería votantes". Para esta dereita cristiá puido máis a fobia a Hillary Clinton que a falla de filia cara a un Trump casado en terceiras nupcias. Tal e como sinalaba recentemente en Nós Diario o politólogo estadounidense Jared D. Larson, "aínda que Clinton era a persoa máis preparada entre as filas de ambos os partidos, case a metade do país ódiaa desde a década de 1990". "Estaban dispostos a perdoar as transgresións persoais de Trump porque avivou os seus medos a que unha Administración de Hillary Clinton lles arrebataría as liberdades relixiosas, usaría o diñeiro dos seus impostos para financiar abortos na última etapa da xestación [...] e estendería os dereitos da comunidade gay e transxénero", apuntaba Goodstein citando analistas políticos. "Ansiedade crecente" Unha análise electoral de 2016 elaborada polo centro de investigacións Pew Research Center confirma que, en comparación cos comicios gañados por Obama en 2012, Clinton non só non roubou votantes cristiáns a Trump senón que os perdeu entre todas as crenzas agás entre mormóns e xudeus (Clinton ─e o Partido Demócrata─ mantén unha estreita relación con Israel, algo que Trump xa conseguiu compensar co seu Acordo do Século para Palestina). Son sectores que nas eleccións presidenciais deste ano poderían ser proclives a votar por Joe Biden. Aínda que non maioritariamente, se as baixas foren considerábeis poderían servir para decantar a cor dalgúns Estados e, consecuentemente, o resultado final a nivel federal. Explícao o xornal especializado estadounidense Politico, que asegura que "hai unha ansiedade crecente na órbita de Trump pola habilidade do ex vicepresidente [Joe Biden] para arrebatar votantes cristián que apoiaron a Trump en 2016, incluíndo o 81% de evanxélicos brancos". A publicación basea esta información en oito fontes da Casa Branca e do equipo de campaña do actual presidente. Biden, católico e con grande apoio do electorado negro, ten agora mellor valoración nas enquisas entre os evanxelistas brancos e outros grupos relixiosos da que tiña Clinton en 2016. Vicepresidente durante os oito anos de Obama, está a seguir a estratexia deste, que no camiño cara á Casa Branca, en 2008, foi especialmente activo entre a comunidade relixiosa, á que prometeu un maior papel público á hora de loitar contra a pobreza e ofrecer servizos sociais, ademais de manter un discurso ambiguo a respecto do aborto. Golpeado pola pandemia e polas protestas raciais ─sinala Politico─, Trump precisa manter esa base de 81% de votantes evanxélicos brancos para optar a reelección. Polo tanto, calquera peixe que pesque Biden entre os cristiáns conservadores pode ser decisivo. Neste sentido enmárcanse xestos como o realizado polo presidente a comezos deste mes, cando ordenou dispersar a multitude que protestaba pola morte de George Floyd fronte á Casa Branca e así, con motivo da Pascua de Pentecost, e poder visitar a igrexa de Saint John. Trump abandonou a residencia oficial e atravesou a praza Lafayette camiñando lentamente. Xa fronte a coñecida igrexa da capital posou cunha biblia na man. |
NOS_51603 | O portavoz de En Marea, Luís Villares, considera que o seu partido é "a única forza progresista galega" en situación de "pórlle os puntos sobre os íes" ao Goberno sobre as medidas que deben poñerse en marcha na Galiza, xa que Podemos, PSOE e BNG teñen "ataduras" polos seus pactos. | Luís Villares defende que En Marea é a formación progresista galega con máis liberdade para apremar o Goberno do Estado, xa que Podemos, PSOE e BNG teñen "ataduras" derivadas dos seus pactos. Así o manifestou nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, na que asegurou que as eleccións galegas de 2020 "acabarán co réxime decrépito" do PPdeG, que "ten os días contados". Sobre os comicios electorais, o portavoz de En Marea explicou que a súa formación "está disposta a dialogar para chegar a acordos" coa "intención" de que os seus votos "sumen eficazmente" co fin de constituír unha "maioría de progreso", ben sexa en solitario ou con outras forzas. Cita electoral Aínda que non negou contactos con BNG e Anova, Villares prefire "reservar" o contido das súas conversas e os pasos que vaia dando até a convocatoria das eleccións. Neste sentido "supón" que Feixoo non adiantará os comicios porque "non lle interesa equiparar o momento político ao debate de Catalunya". En Marea tratará de construír un "espazo progresista galego ecoloxista, feminista e social". De cara a esa cita electoral, o líder de En Marea tratará de construír un "espazo progresista galego ecoloxista, feminista e social". Dentro destes principios, dixo, caben todas as forzas políticas progresistas galegas "soberanas", o que excluiría a Podemos e Esquerda Unida, xa que "dependen doutras forzas estatais que no pasado demostraron someter calquera acción política na Galiza ao seu partido" en Madrid. Así, explicou Villares, as "políticas de alianza" con estas formacións quedarían para "despois das eleccións". Con todo, asegurou que non porá "liñas vermellas", límites que "casan mal coa política actual". Neste sentido, fixo un chamamento á "cooperación preelectoral" para "tecer alianzas amplas" que respondan a "a vontade cidadá". "Horizonte de esperanza" fronte ao PP O portavoz de En Marea ten "moi claro" que "os dereitos das maiorías sociais van por diante" das siglas do partido, de forma que "as alternativas a Feixoo" pasan por "dialogar necesariamente". Luís Villares destacou o "perigo" que supón que o Partido Popular revalide o Goberno na Galiza. "Fai nada o PP dicía que non pactaba con ninguén e agora está con Vox", criticou, ademais de sinalar que "o PP vota en contra" de iniciativas para combater "a homofobia, o machismo" e doutras que favorecen "o autogoberno en Galiza", un xesto que na súa opinión "desacredita o discurso de Núñez Feixoo". "As alternativas a Feixoo pasan por dialogar necesariamente". Fronte a isto, En Marea trata de "ofrecer un horizonte de esperanza", tamén, a a día de hoxe, desde o Parlamento galego, onde, di, queren ter "reflexo institucional" a través da constitución dun grupo propio, despois de que a deputada Mariló Candedo se desmarcase de Común da Esquerda para situarse con Villares. |
NOS_24611 | A nova data pactada obtivo o rexeitamento dos comúns, PdeCat e mais do PSC | Os partidos con representación no Parlament catalá e no Goberno da Generalitat tiveron esta sexta feira unha xuntanza para decidir se se mantiña a convocatoria de eleccións prevista para o 14 de febreiro. As formacións decidiron, por consenso absoluto, adiar a cita e a maioría das formacións optaron polo 30 de maio como nova data. O vicepresidente en funcións da Generalitat, Pere Aragonès, foi quen propuxo diante da Mesa do Parlament ese día, e conseguiu o apoio JxCat, ERC, CUP, Ciudadanos e os Populares. A aliñación das formacións independentistas en favor do adiamento para o 30 de maio favoreceu que a decisión se adoptase por maioría. Entre as formacións que votaron a favor da nova data, alén dos independentistas, encontrábanse Ciudadanos e mais o Partido Popular. Os populares, a pesar dese apoio, criticaron que non houbera debate xa que o Govern levaba a data do adiamento prefixada. O seu secretario xeral, Daniel Serrano, aclarou que "o Govern non fixo os deberes, porque hai tempo que se sabía que en Catalunya había eleccións e tiña que ter previstas as medidas necesarias para que se puidese votar". O candidato de Ciudadanos, Carlos Carrizosa, declarou que "se impuxo ao final o sentido común" e destacou que a decisión se tomara "para protexer a saúde da cidadanía". Na banda que se opuña á nova data estiveron Comúns, PSC e PdeCat. Os primeiros pediron a Aragonés que fixara unha data, cando o vicepresidente propuxo o mes de maio sen máis concreción, e unha vez proposto o día 30, os comúns manifestaron a súa preferencia polo día 16 de maio. A candidata de Comúns, Jéssica Albiach, comentou que é unha noticia positiva que os grupos "aforren a batalla partidista para conseguir esta data", na que cre que se poderá garantir, tanto o dereito ao voto como o dereito á saúde. Tamén recoñeceu que o adiamento electoral é unha "anomalía", pero considera que é de sentido común apoialo estando na terceira vaga da Covid-19 e tendo en conta que as persoas expertas avisaban da saturación de hospitais e UCI arredor do 14 de febreiro. O PSC propuxo realizar os comicios o 14 ou o 21 de marzo e unha vez aceptada a proposta de Aragonés recalcaron que estarán atentos aos detalles do decreto. Miquel Iceta amosou a súa indignación e deixou claro que o PSC "se opón ao adiamento" e non descarta impugnalo. Desde o PdeCAT, que expresara que avalarían unha proposta que xerara acordo entre JxCat e ERC, explicaron que preferirían que os comicios decorresen aínda antes, ou o 30 de abril ou a comezos de maio. |
NOS_44114 | A aparición lirio de monte, especie en perigo de extinción, no Pindo dálle unha razón máis ás asociacións que reclaman a condición de parque natural para o Olimpo Celta. | A recente aparición no Pindo de lirio de monte, especie en perigo de extinción que só existe en moi poucos enclaves como Xurés ou Courel, é un argumento máis para as asociacións que están a reclamar a condición de parque natural. A noticia xurdiu na recente visita ao espazo natural dentro das XVV Xornadas de Pesca e foron socios de Asociación Monte Pindo Parque Natural os que deron cos exemplares dunha especie que levaban dous anos procurando. O presidente de CEMMA, Alfredo López detectou tamén na visita outra especie protexida, o coñecido como cabriña ou fento do carballo. "Por se non sobraran xa os motivos, a presenza de especies en perigo de extinción ou protexidas no Olimpo Celta obriga a adoptar medidas que garantan a súa conservación e supervivencia" din desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural, que leva, canda ADEGA e distintas entidades tres anos reclamando esa condición da Xunta de Galiza. Esixen así da Consellería de Medio Ambiente que se "deixen de dilacións e inicien dunha vez a tramitación do que será o sétimo Parque Natural galego e o primeiro da Costa da Morte". A aparición do lirio de onte, planta en perigo de extinción recollida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas é, para Adega, para esixir a protección do Pindo polo que reclama á cidadanía, de maneira especial á da Costa da Morte que "fronte á cerrazón cómplice da Xunta sigan apoiando a iniciativa para que Monte Pindo sexa declarado Parque Natural". |
NOS_8940 | O ministerio de Educación defende na comisión permanente do Consello escolar do Estado os contidos académicos das materias troncais e específicas. Docentes galeg@s debullan a proposta e conclúen que Galiza --a súa cultura e a súa historia, a súa lingua e a súa xeografía-- fican para unha liberdade de cátedra que non se poderá exercer pola densidade dos contidos que Madrid impón. | O caderno de análise A Fondo nº52, que se entrega canda o semanario Sermos Galiza ou que pode mercarse de maneira independente na loxa por só 0.50€, analiza desta volta os currículos que o ministerio español de Educación propón para o curso académico 2014-2015. Docentes galeg@s encargad@s de impartir cada unha desas materias debullan a oferta que Madrid lles quere impoñer. Marcos Loureiro --Lingua e Literatura Galega--, Ana María Alonso --Filosofía-- ou Marcos Maceira --Historia e Historia da Arte-- chegan a unha mesma conclusión: Galiza non existe. Calquera intención do profesorado de galeguizar os contidos que explica ao alumnado fica suxeito a unha liberdade de cátedra que non se poderá exercer porque, como explica Xoán Carlos Garrido --Valores Éticos e Valores Sociais e Cívicos--, "os contidos curriculares mínimos que chegan de Madrid son tantos que non ten sentido incrementar nada máis porque sería imposíbel impartilos". O caderno enceta cun artigo asinado polo secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao Rodríguez, en que recorda as propias palabras do ministro Wert cando dixo, sen que as cores lle subiran á cara, que cumpría "españolizar" o alumnado de Catalunya, para subliñar como, nunha proposta curricular que abrangue até 63 disciplinas, o pensamento, a arte, o patrimonio, a xeografía e a historia da Galiza fican "ignoradas". Continúa o docente de ensino medio Marcos Loureiro poñendo en evidencia a modificación do estatus das linguas cooficiais no sistema educativo non universitario. Galego, catalán e vasco pasan a ser materias consideradas "de especialidade" --coa posibilidade de que o estudantado non teña que pasar un exame nas reválidas-- namentres o castelán será obrigatoria --e o exame tamén-- canda a outra lingua estranxeira, maioritariamente o inglés. O desprezo por todo o que ten a ver coa educación afectiva, emocional e sexual no currículo de Valores Éticos enfatízao o profesor Garrido nun artido a dupla páxina que entitulou "Cara a unha ética de empresa no ensino" e en que se fai preguntas como se só a poboación inmigrante ten unha lingua e unha cultura distinta dentro do Estado español, cuxo goberno tanto apela á "interculturalidade". A proposta de Madrid evidencia que de todo o patrimonio artístico do noso País só coñecen o Pórtico da Gloria, pois o alumnado só terá que saber algo diso para superar a materia Fundamentos da Arte onde, tal e como conta o docente Marcos Maceira no seu artigo, terán que estudar desde a serie televisiva Mad Men até Michael Jackson pasando polo canon de beleza das modelos profesionais ou firmas de moda como Armani. O derradeiro artigo do A Fondo vai asinado pola profesora Ana María Alonso e nel cuestiona o "proceso de devaluación" sufrido pola materia que ela imparte, Filosofía, "na medida en que o seu labor crítico abarca outros saberes e actividades". Non deixes de dar un mergullo neste caderno de análise, onde atoparás moito máis que isto que che contamos. Todo en oito páxinas coordenadas pola xornalista Olalla Rodil. |
PRAZA_18767 | Chega a ultradireita e unha parte das bases da esquerda deciden tocar a rebato coa intención de parar o fascismo. Outros parece que van máis amodo e demandan autocrítica. A autocrítica consiste segundo os moldes clásicos en analizar o que pasou, reflexionar sobre os planos que se trazaran e rectificar no que se fallou. | Chega a ultradireita e unha parte das bases da esquerda deciden tocar a rebato coa intención de parar o fascismo. Outros parece que van máis amodo e demandan autocrítica. A autocrítica consiste segundo os moldes clásicos en analizar o que pasou, reflexionar sobre os planos que se trazaran e rectificar no que se fallou. A autocrítica consiste segundo os moldes clásicos en analizar o que pasou, reflexionar sobre os planos que se trazaran e rectificar no que se fallouPero a cousa axiña se pon fodida, porque cando se erra hai responsábeis e xorden tensións. Entón sabendo como é o couso pois prescíndese dela, aínda que se continúe invocando o nome, é dicir, que se acostuma a proceder como os curas cando botan un responso. Forma parte do ritual, da deriva, da mística organizativa falar de autocrítica. Por tanto é xeralmente artificiosa. Sempre custa reformular os espazos, as tácticas e en última instancia as organizacións, for na esquerda ou na dereita, no alternativo ou no oficial, e ten consecuencias para quen o intenta, porque pode gañar ou perder. Se perde fai un mal negocio e debilita as súas posicións. Iso até escribindo artigos, pois non é o mesmo irlle pola corda ao lector, conmovelo e congraciarse con el, que tocarlle o carallo e molestalo polas súas conviccións, que son principios, guía moral e tamén orgullo.Aínda hai outro problema. Se o activista está enfadado, contradito ou amolado por algo, neste caso pola chegada dos fachas ao parlamento andaluz, igual o que máis desexa é arranxar contas co mundo. Iso ten o problema de que as solucións non as sopra gratis a divindade, e cando non hai cohesión, nin líderes, nin moita infantaría, nin teóricos, nin órganos de planificación, nin organización competentes, pois a cousa ponse aínda peor.Cando non hai cohesión, nin líderes, nin moita infantaría, nin teóricos, nin órganos de planificación, nin organización competentes, pois a cousa ponse aínda peorO cal non obsta para que ao día seguinte das eleccións andaluzas houber quen convocase no Toural unha manifestación con debate, destinada a parar o fascismo, cunha líder que explicaría ou que explicou alí como se fai iso. Se tiña a fórmula fabricada o luns, ben puido tela ultimada un par de meses antes, para aforrar novidades.Falando de líderes e entrando xa na crítica autocrítica: a composición mental dunha boa parte da esquerda prescinde da necesidade de ter líderes serios. Como o pobo todo o pode (unha falacia, naturalmente, ás veces pode e outras non pode nada e así anda o mundo) abonda con asembleas, eleccións primarias e diso. A maxia popular moverá a súa vara e aparecerá por fantasía todo o que cómpre, porque o pobo é unha manancial inesgotábel, tanto que até convén poñerlle límites a esa potencia, non vaia ser que eses hipotéticos líderes vaian a máis e apouquen as creacións das bases. Que mande de máis. Cando este esquema se practica (na nova esquerda de Galicia a diario; en Podemos de España hai máis madurez) a distancia coa realidade faise galáctica.Seguindo coa autocrítica: en Galicia arestora non hai líder nacional ningún fóra de Feijóo. Enfariñado ou sen enfariñar. Nin cousa que se lle pareza. É o único. Por tanto é o mellor. Non por iso grande cousa, certo, pero non se albisca nin de lonxe a quen teña capacidade para disputarlle a presidencia da Xunta. A carencia é pavorosa. Como nunca desde o comezo da democracia: ingrávidos en toda a oposición, insubstanciais. Ningún dos tres partidos sabe por onde coller a cousa. Son frouxos politicamente, con pouco mundo tamén case todos, sen unha formación á altura do que pretenden case ningún. Carecen de forza e no mellor dos casos comparten o mando interno, quizás sexa así no BNG; no peor nin hai organización da que se poida falar en serio. É dicir que estando impedidos para gobernar a propia casa, mal poden gobernar a dos demais; un clásico.Ou os alcaldes e os concelleiros que tocan terra propoñen de facto unha democracia interna corrixida pola consistencia de dá facer política real fronte ao latrique irresponsábel, ou morreu o contoOs experimentados nisto da autocrítica estarán pensando en que non debe ser destrutiva; que non pode consistir en darse co cilicio, como din os do responso; que xa está ben e que se deben dar alternativas, ou poñerse a traballar, que falar fala calquera.Falando das Mareas: despois da vergoña total, ou os alcaldes e os concelleiros que tocan terra (incluídos os das vilas, que os hai, e moi bos) propoñen de facto unha democracia interna corrixida pola consistencia de dá facer política real, a da xestión municipal, fronte ao latrique irresponsábel, e aportan peso e autoridade (si, si, a idea de autoridade non é patrimonio do fascismo e da dereita, é outra cousa) ou morreu o conto.Pero a autocrítica non había de ir por aquí, senón por averiguar o que fixo mal a esquerda, ante a evidente chegada do fascismo (segundo parece). Que lle pasa á esquerda verdadeiramente?Crer que en Andalucía hai catrocentos mil fascistas é unha animalada. Como o é pensar que son fascistas todos os que sacan aos balcóns a bandeira de España en Pontevedra e na CoruñaCrer que en Andalucía hai catrocentos mil fascistas é unha animalada. Como o é pensar que son fascistas todos os que sacan aos balcóns a bandeira de España en Pontevedra e na Coruña. Analizar esa reacción en Galicia ante a cuestión catalá debería ser unha prioridade da esquerda de aquí e máis aínda do nacionalismo. É probábel que moitos ou case todos os galegos que eran indiferentes ás reivindicacións nacionais galegas, se convertesen arestora en militantes anti. Quizás conveña afinar o olfacto. Por exemplo sobre as bandeiras, como símbolos que son, e que se izan nos corazóns, como dicía máis ou menos Blas Infante. Interpelan pouco á razón as bandeiras, case nada. O rexeitamento que sentimos pola española os da miña xeración é dificilmente superábel, porque remite a Franco, ao fascismo, á roña da ditadura, a todo iso. Mais é fácil intuír que os novos nin a ven nin a senten así, asúmana ou non. Os observadores atentos seguro que notaron o cambio de percepción colectiva da bandeira española nun mundial de fútbol que houbo hai uns anos; a simbólica na súa expresión pública ía cambiando a medida que a selección española gañaba partidos, con esa rapidez. Tampouco é que se convertese nunha bandeira deportiva, claro está. Sempre falando de Galicia, non de Cataluña. Convén aclaralo porque hai quen vive en Galicia e cre que vive en Cataluña e ao non darlles as contas aquí, pois falan e escriben de Cataluña como se vivisen alí e esquecen que viven aquí. É unha especie de nacionalismo máxico. Cando lles preguntan por Galicia din que está paralizada desde o remate da guerra civil, nin máis nin menos, e volven montar no Dragon Kann e a deslizarse.Hai quen vive en Galicia e cre que vive en Cataluña e ao non darlles as contas aquí, pois falan e escriben de Cataluña como se vivisen alí e esquecen que viven aquíNese nacionalismo máxico tamén entran algúns alternativos. Antes do verán do ano pasado, cando o choque de trens estaba a piques de iniciarse, decidiron atender prioritariamente á independencia de Cataluña. Se lles preguntabas polas reivindicacións sociais que compactaran as mareas, o 15 M e tal, pois comezaban por elas, pero axiña pasaban a falar da independencia de Cataluña, sen dúbida máis emocionante.E así, de súpeto (isto vai máis pola beira do BNG), case todo o nacionalismo galego pasou a ser independentista sen análise mediante, só por fascinación, cando era maioritariamente federalista ou confederal até hai máis ou menos dezaoito meses. É un asombro como cambian os tempos sen que nada obxectivo mude.O procés catalá é a reacción dunha sociedade que consciente ou inconscientemente intenta pasar a costura entre o norte de Europa e o sur dos PIGS para o límite de Tarragona con Castellón, ficando eles arriba.A deriva independentista catalá ten unha forte compoñente egoísta. Carece de semellanza cos movementos de liberación dos países colonizados. O procés catalá é a reacción dunha sociedade que consciente ou inconscientemente intenta pasar a costura entre o norte de Europa e o sur dos PIGS para o límite de Tarragona con Castellón, ficando eles arriba. Ese é o motor, a parte esencial do problema, aínda que non o único, nin moito menos. O motor vai cuberto pola carrozaría e intúese e até se ouve, pero non se ve. O independentismo catalán esquiva o problema central, o cerne, que é o desfalco da oligarquía, e céntrase na suposta detracción dos medios económicos de Cataluña para os territorios pobres do Estado español, entre eles Galicia. Que máis lle pasa á esquerda para que agrome a extrema dereita?No 2014 comezou a diminuír a intensidade do debate e da mobilización (xerados coa crise) contra o roubo que levan a cabo os bancos e as eléctricasHai uns anos, poucos pero non sei cantos, quizás no dous mil catorce ou por aí, comezou a diminuír a intensidade do debate e da mobilización (xerados coa crise) contra o roubo que levan a cabo os bancos e as eléctricas; baixou a resistencia contra os desafiuzamentos, contra a falta de medios económicos das familias, contra a conxelación dos salarios e o terríbel aumento do paro, a nova emigración, e foi deixando paso, case imperceptibelmente, sempre no ámbito político da esquerda, a unha insistencia cada vez máis exclusiva na loita polos dereitos da muller e tamén dos homosexuais; aumentaba tamén a intensidade da cuestión catalá, absorbendo enerxías e a memoria histórica que nunca perdera impulso volveu ao primeiro plano e todo iso xunto pero seccionado, separado, diversificado, converteuse novamente no centro da preocupación e da actividade social. Crendo ademais que ese era o asunto principal, cando non o era. Eran asuntos importantes pero o principal non. Estabamos de novo moi perto de cando o ministro Xosé Blanco, do goberno Zapatero, dixera que aos bancos nin tocalos. Políticas de diversidade si.El Roto condensouno perfectamente (ultimamente fai condensacións que rozan o lamentábel pero iso é outra cousa). Condensouno así: un magnate chamaba polo móbil, que en realidade era unha cascuda enorme pegada á súa orella e dicía: "Cambiaron a loita de clases pola loita de sexos, estamos salvados". Ese oligarca fala de estratexia como o lector xa adiviñaría, non da contrariedade que calquera muller ou home sensíbel á reivindicación feminina pode sentir á hora de discernir o chiste. O seu paraíso é o noso inferno, o que nos levará á desgraza social se acontece que se abandona o centro das demandas e se continúa nas que non son centro, importantísimas algunhas, pero non centrais.Moitos parados e asalariados e tamén cidadáns de clase media empobrecidos que até agora votaban esquerda poden correr o voto e as simpatías cara a extrema dereita ou ficar na casaTrasladando iso hoxe a Córdoba e a Sevilla e axiña á Coruña e a Valencia: moitos parados e asalariados e tamén cidadáns de clase media empobrecidos que até agora votaban esquerda, ou dereita moderada (como nos barrios proletarios de París votaban PCF e pasaron a facelo por Le Pen) poden correr o voto e as simpatías cara a extrema dereita ou ficar na casa, visto que das súas necesidades ninguén se fai cargo.Nos problemas hai graos de importancia, evidente. O individuo da cascuda fala de estratexia e a esquerda debería facelo tamén. E por tanto de prioridades. Ao cidadán endebedado, ou sen salario, ou progresivamente máis necesitado, resúltalle esencial que aborden os seus problemas, e os principais non son eses que ocupan o núcleo das axendas, nobres, xustos e absolutamente necesarios, pero non os principais.En Italia ante a deserción da esquerda (é diferente que no Estado español, certo) Salvini está a converterse nun grande líder. Tampouco é porque a poboación sexa facha, a razón é que fala dos problemas centrais da xente; é un lobo vestido de año, pero centra o problema, o que preocupa, mentres o Partido Democrático é unha vergoña absoluta. Escoito a Salvini con certa frecuencia, para saber como vai a cousa, e non é Mussolini como o pretenden caricaturizar. Cómpre analizar ben, non caer no sal gordo, e non é fácil. Son os espazos baleiros, que a esquerda non cobre, porque non está, ou non está a iso.Despois de 2008 os problemas da moitos pasaron a ser os primarios, os da supervivencia. Obter comida, conservar o teito, poder vestir os fillos. Atoparon amparo en Cáritas Diocesanas, mellor ou peor, pero alí. Puro empirismo, actos de amor, dito sen ser católico (quen o rebata debería facelo con folla de servizos, como mínimo equivalente á deles). Os sindicatos chamados de clase tiñan miles de metros cadrados sen usar, dispuñan de liberados e afiliados e non reaccionaron. Alejandro Lerroux inventou un fermosísimo instrumento chamado Casas do pobo na primeira década do século vinte, que despois copiou o socialismo. Alí trataban de paliar as enormes carencias da miseria, médicas, de instrución, materiais. Tivo un enorme éxito en Barcelona. Ademais de acoller, tocar, acariñar e compartir co necesitado, de vinculalo.Xa non hai memoria do socorro vermello, perdeuse. A rutina fixo que os sindicalistas se cinguisen con moi pouca flexibilidade a atender os asalariadosÉ verdade que foron precisamente os sindicatos e os partidos de clase os que lograron que iso xa non fixese falta, pero cando volveu selo, non souberon reaccionar, e son algúns católicos os que o fan. E nos antípodas están tamén os nazis de Amencer Dourado en Grecia, lobos tamén, e noutra civilización os Irmáns musulmáns. Xa non hai memoria do socorro vermello, perdeuse. A rutina fixo que os sindicalistas se cinguisen con moi pouca flexibilidade a atender os asalariados. O que se quere resaltar é a falta de reflexos, a carencia de iniciativas e a evidencia de que os parados, os que caeron na indixencia ou na case necesidade absoluta, non poden fixarse nos órganos da esquerda, nos grupos nin nos partidos senón en aqueles que os socorren e nas persoas que centran o discurso para os seus problemas. É o básico de calquera trato.O outro día puña nun escrito que en Vigo hai dezaoito mil familias acollidas ao bono social de electricidade. Dicíao unha xornalista referíndose á pallasada de Caballero coas luces de Nadal. En Galicia hai 180.000 fogares que poderían acollerse. En agosto deste ano, un mes antes de rematar o prazo para solicitalo, só presentara os papeis a quinta parte. A carencia de información era tan grande que o goberno decidiu ampliar o prazo até Nadal. Chaman a atención varias cousas. Unha é a propia falta de información institucional. Outra, a falta de implicación doutras institucións próximas aos veciños, gobernadas pola esquerda, que apenas inciden nas necesidades materiais creadas polo saqueo económico da banca e dos oligopolios e que no entanto amosan unha sensibilidade agudísima para os problemas da diversidade.O goberno de Ada Colau creou unha compañía eléctrica pública en Barcelona, e un terzo da vivenda que se constrúa ha ser social. Asombra que iso non estea difundido até a saciedadeO goberno de Ada Colau creou unha compañía eléctrica pública en Barcelona, e un terzo da vivenda que se constrúa ha ser social. Asombra que iso non estea difundido até a saciedade, que entre no fluxo da información dos esquerdistas como se fosen cuestións sectoriais, que afectan a colectivos específicos e que se perda a potentísima mensaxe que nos lanza. Porque esa é a cuestión, ou iso está dentro da cuestión, da principal.Uns amigos de Ferrol convidan ultimamente a canta xente conversa con eles a que lean La trampa de la diversidad, un libro editado hai pouco por Akal.O importante [para o neoliberalismo] é retirar as demandas económicas, romper a acción colectiva e desviar o conflito para as demandas sectoriaisDi que o neoliberalismo é un proxecto para eliminar primeiro os resultados das revolucións, as súas conquistas sociais e despois as do Estado de benestar. E que o importante é retirar as demandas económicas, romper a acción colectiva e desviar o conflito para as demandas sectoriais. Que non haxa unidade colectiva, que os problemas económicos, os que atinxen á maioría, non sexan percibidos como comúns; cada colectivo debe ter uns ideais diferentes, ser consumidores de singularidades, mentres as clases dominantes detraen a riqueza, adelgazando o estado e deteriorando os servizos públicos. É a fragmentación das políticas da diversidade, sen que fique consciencia do obxectivo común da maioría, que tería que ser a redistribución.Os que nos formamos no marxismo nos anos setenta sabíamos iso. Víamos o maio do 68 e parecíanos interesante, pero sentíamos que aquelas demandas non ían ao núcleo. O mesmo acontecía coas que propugnaba a esquerda dos EEUU. Non cuestionaban o poder. Sabiámolo pero esquecéronnolo, ou esquecémolo, lentamente, ao longo dos anos. Foise esvaecendo até desaparecer, até entrar na trampa e chegar a esta confusión, na que a identidade dos traballadores está desaparecida e os plutócratas exhiben a súa con convicción e orgullo. Lograron que aceptásemos o mundo como fragmentario e anasíbel, di Daniel Bernabé, o autor do libro. Arestora a clase traballadora descoñece a existencia de si mesma.Arestora a clase traballadora descoñece a existencia de si mesmaNa revolta dos Gilets jeunes, os que comunican cos medios de comunicación, din que existe a estratexia do empobrecemento e que eles saen á rúa por esa causa, porque se están, porque se empobrecen as clases populares, que ademais son a maioría e a esta hora nin saben que son clases populares. Jacline Mouraud fala como representante e afirma que dentro desa estratexia son asasinados a taxas, mentres o estado non fai caso da evasión fiscal. |
NOS_4704 | A Xunta da Galiza anunciou onte a intervención de dous centros de maiores que sumaban 189 positivos por coronavirus entre persoal e traballadoras. As residencias privadas, xestionadas por DomusVi, serán reconvertidas en centros "integrados" para maiores contaxiados pola enfermidade, unha decisión rexeitada por familiares e traballadoras dos centros | Na xornada de onte, a Xunta da Galiza tomou a decisión de intervir as dúas residencias privadas xestionadas por DomusVi en Barreiro, no concello de Vigo, e Cangas que, segundo os datos da Consellaría de Política Social, sumaban 71 usuarios e 11 traballadoras positivas por coronavirus cando pechou esta edición, a primeira, e 105 usuarias e 2 traballadores doentes da COVID-19, a segunda. En total, 189 persoas afectadas. O 23 de marzo unha orde ministerial publicada no Boletín Oficial do Estado abriu a porta á intervención dos Gobernos territoriais na xestión das residencias. Tanto a Federación Galega de Familiares e Usuarios de Residencias, REDE, como os grupos da oposición urxiron desde entón ao Goberno galego aplicar esta posibilidade. Paralelamente, desde os primeiros casos detectados os días 19 e 20 de marzo, un en Caldas de Reis e cinco en Compostela, a cifra de contaxiadas alcanzou as 430 persoas, sumando os novos casos de residentes e traballadoras. Así, os centros de Vigo e Cangas serán destinados a acoller e tratar maiores positivos en coronaviurs destas e doutras residencias da Galiza. Ademais, desde Política Social informan a este medio que os centros son tutelados desde a pasada terza feira polas súas respectivas áreas sanitarias. "Estamos en contacto continuo cos seus responsábeis", afirman. Rexeitamento da medida Porén, as integrantes da Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentes instan a Xunta a mudar de solución, rexeitando a proposta de reconverter as residencias de Cangas e Vigo en centros "integrados". As súas integrantes, REDE, o Movemento Galego para a Defensa das Pensións Públicas e a plataforma Traballadoras das Residencias Galegas aseguran que esta vía exime a patronal "das súas responsabilidades", trasladando esta problemática "á sanidade pública". O colectivo cualifica a proposta de "pouco realista". Apuntan que nos seis días despois de que a Xunta puxese en marcha as dúas primeiras residencias "integradas" en Compostela, con 84 prazas, e Baños de Molgas, con 93, a capacidade de ambas viuse superada polo número de contaxios activos. "É nas propias residencias onde deben ser atendidos todos os usuarios infectados que non precisen hospitalización", defenden. Desacougo nas familias O 28 de marzo, REDE cursou unha denuncia perante a Fiscalía pola "situación neglixente e de abandono" dos centros. Paralelamente, a preocupación medra entre as familiares das residentes. A nai de Henry Laso ten 89 anos e hai tres ingresou na residencia de DomusVi no Barreiro. Onte, Laso presentouse ás portas do centro despois de que transcorresen 8 días sen poder contactala por teléfono. Ela é unha das diagnosticadas coa COVID-19. Antes da intervención da Xunta, Laso asegura que a directiva o convidou a retirala do centro. "Onde podo levala? Coa súa idade, coas súas patoloxías e medicación?", pregunta. A tía de Javier Quián está ingresada noutro dos centros de DomusVi en San Lázaro, Compostela. "Desde o sábado miña tía permanece illada", declara a Nós Diario. Ese mesmo día recibiu unha chamada do médico da residencia, na que lle explicou que lle realizarían a proba da COVID-19. "Hoxe contactoume de novo e díxome que xa non", censura Quián. A tía de María Cabarcos é unha das residentes do centro de San Carlos en Celanova. Doente da COVID-19, a ela non a trasladaron á residencia integrada de Baños de Molgas como a outras compañeiras. "Estou máis tranquila así, sei que as familiares só tiveron información das trasladadas o primeiro día", di. Para axudar as familiares neste transo, REDE solicitou o apoio do Colexio Profesional de Psicoloxía da Galiza. Tamén para o persoal, "que incansabelmente está a dar o mellor". |
PRAZA_10426 | A Comisión avalía "como moi positiva esta decisión". Con todo, tamén denuncia que "desde 1980, ano de xubilación de Ricardo Carvalho Calero, houbo xente interesada en situar a súa figura nun exilio interior ou ostracismo" | Un dos lugares nos que máis se está a celebrar a escolla de Ricardo Carvalho Calero para o Día das Letras 2020 é Ferrolterra. Na cidade e en toda a comarca existe dende hai anos un movemento que reclamaba esta homenaxe, impulsado principalmente pola 'Comisión Carvalho Calero', da que forman parte Xosé María Dobarro, Xosé Manuel Pazo, Bernardo Máiz e Vitor Santalha. "Houbo xente interesada en situar a súa figura nun exilio interior ou ostracismo"A Comisión avalía "como moi positiva esta decisión" e pide que a sociedade ferrolá e a galega "tiren o máximo proveito desta circunstancia", destacando ao filólogo e escritor como "pai lingüístico de varias xeracións". Con todo, tamén denuncian que "desde 1980, ano de xubilación de Ricardo Carvalho Calero, houbo xente interesada en situar a súa figura nun exilio interior ou ostracismo, situación que se agravaría a raíz do seu falecemento en 1990". "Nesa xenreira influíu decisivamente o feito de don Ricardo defender que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico galego-portugués, opción diferente, xa que logo, da oficial. Mais tamén a súa exemplar dignidade persoal, a súa independencia cívica e a súa coherencia fronte aos que, como el escribiu, o deixaron só", sinalan.Lembran as numerosas ocasións en que dende a Comisión se impulsou a candidatura, que contou "con abondosos apoios institucionais, asociativos e particulares". Porén, "a Real Academia Galega nunca tomou en consideración positiva a proposta. Sempre apareceu algún pero que lle apor", sinalan."O pensamento e obra de D. Ricardo vai alén do Día das Letras e convidamos aos nosos cidadáns a seguir reivindicándoo""Neste xuño de 2019, tanto quen na RAG sempre defenderon a figura de Carvalho Calero como quen a el se opuñan, van propor as Letras Galegas 2020 para don Ricardo, un xigante nun país de moit@s anan@s", remata o comunicado, que engade que "o pensamento e obra de D. Ricardo vai alén do Día das Letras e convidamos aos nosos cidadáns a seguir reivindicándoo". Anuncian, ademais, a publicación do libro Hei de entrar no meu povo. Reivindicarmos Carvalho Calero (Editorial Embora). |
NOS_38424 | A patronal logra introducir no pacto co Goberno español cláusulas para o que denominan unha maior flexibilidade laboral. Na práctica, o acordo asinado a pasada segunda feira na Moncloa deixa a porta aberta a que as empresas poidan realizar despedimentos sen agardar os seis meses que estabelecía a lexislación para as afectadas por ERTE. | Non hai lei sen trampa, e a nova regulación para ampliar os Expedientes de Regulación Temporais de Emprego (ERTE) até 30 de xuño non é unha excepción. Non se trata dunha trampa en si, senón máis ben dunha cesión, a que tiveron que facer o Goberno español e os sindicatos para que a Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) subscribise o denominado acordo social en defensa do emprego. Vén de coñecerse que a patronal estirou a negociación até ben entrada a noite da pasada quinta feira. O principal obstáculo foi a cláusula que obrigaba as empresas a manter o emprego seis meses após a finalización do expediente se non querían verse na obriga de devolver as cotas á Seguridade Social das que quedaban exoneradas polo ERTE. No documento final, asinado polas partes esta segunda feira e aprobado con rango de lei no Consello de Ministras de onte, as signatarias abren a porta a que as empresas poidan realizar despedimentos en canto finalice o ERTE. Así o recolle a disposición adicional sexta, que sinala que "este compromiso do mantemento do emprego valorarase en atención ás características específicas dos distintos sectores". Desta maneira, a patronal trata de dar un balón de osíxeno a sectores como o turismo ou a hostalaría, que aínda tardarán varios meses en recuperar a normalidade. De feito, o documento, que espertou críticas do sindicato maioritario da Galiza, a CIG, fala expresamente de sectores con "alta variabilidade ou estacionalidade do emprego", como son os anteriormente citados. Despedimentos antes que concursos de acredores Este non é o único suposto que logrou introducir a CEOE no texto final para non ter que cumprir a obriga de mantemento do emprego nos seis meses posteriores á finalización do ERTE. As empresas tamén poderán realizar recortes no seu cadro de persoal se con iso logran evitar a entrada da sociedade en concurso de acredores. Tampouco se considerará incumprida a cláusula se a empresa decide non renovar os contratos temporais, ben por finalización do prazo estabelecido ou pola culminación ou imposibilidade de levar a cabo a obra ou servizo que os amparaban. Os despedimentos procedentes e as interrupcións do contrato fixo discontinuo tamén estarían xustificadas. Está por ver se o Ministerio de Traballo, encabezado pola galega Yolanda Díaz, porá trabas a estes despedimentos, xa que no texto non figuran máis detalles de como van regular estas excepcións. Os axentes sociais consideran que o máis oportuno sería avaliar e negociar esas decisións na comisión tripartita formada polos sindicatos, as patronais e o propio Ministerio de Traballo. Abertos a máis cesións A ministra de Traballo sinalou a este respecto que se creará a comisión tripartita para facer seguimento das medidas contempladas nese acordo e que se reunirá hoxe por primeira vez. Díaz, que cualificou o acordo como "moi positivo", engadiu que deixa "a porta aberta" a novas medidas para aqueles sectores como a hostalaría e o turismo, pero tamén a automoción, que poidan ter problemas máis aló de 30 de xuño. En todo caso, apuntou que se examinará "sector a sector" para determinar cales van ser os que gocen a partir desa data da "proxección e acompañamento dos recursos das Administracións públicas". Desde a patronal hoteleira celebraron o acordo e prestáronse a negociar desde xa a extensión dos ERTE no segundo semestre do ano. O presidente da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (Cehat), Jorge Marichal, celebrou que o Goberno comprendese a "singularidade" do sector, "cuxa reapertura non terá lugar de forma automática ao día seguinte de levantarse o estado de alarma", lembra, "porque simplemente moita da nosa clientela non terá como chegar coa conectividade aérea restrinxida". Neste senso, o presidente de Cehat asegura que seguirá a negociar co Goberno para conseguir unhas condicións laborais que permitan que os estabelecementos turísticos retomen de forma paulatina a actividade. O novo decreto deixa, pois, desprotexidas as traballadoras contratadas por obra ou con contratos fixos discontinuos. Na práctica, tampouco obriga as empresas a adquirir compromisos para beneficiarse das exencións ás cotas da Seguridade Social, xa que poderán xogar coa escusa do concurso para xustificar recortes nos seus cadros de persoal. De feito, aínda con estas medidas, as expertas non desbotan un aluvión de concursos en canto se levante o estado de alarma. Aí as Administracións deberán volver manobrar para que o golpe ao emprego non sexa aínda maior. A "propaganda" dos paraísos fiscais O deputado do BNG Néstor Rego cualificou onte de "propaganda" o anuncio do Goberno español de excluír das axudas públicas polos ERTE as empresas con sedes en paraísos fiscais, xa que só se refire á principal, e non ás filiais. Nese caso, "menos catro", todas as do IBEX non terían dereito a ditas axudas. |
NOS_57485 | Unha vez se produza definitivamente a renuncia, o Parlamento galego terá que aprobar nun Pleno o nomeamento como senadores por designación autonómica do novo líder do PP e do seu vicesecretario de Organización territorial, tras ser propostos polo grupo parlamentario popular. | Os senadores do Partido Popular (PP) por designación autonómica do Parlamento de Galiza Juan Carlos Serrano e Elena Muñoz Fonteriz formalizaron esta segunda feira a súa renuncia como parlamentarios na Cámara Alta. Coa súa marcha o novo presidente estatal do PP, Alberto Nuñez Feixoo, e o vicesecretario de Organización Territorial dos populares, Miguel Tellado, serán os que ocupen esa praza. Feixoo ocupa un escano galego no Senado coa intención de confrontar Sánchez Elena Muñoz foi a primeira en oficializar a súa renuncia como senadora, arredor das 13 horas. Pola súa parte, Juan Carlos Serrano fíxoo pasadas as 16.45 horas, após desprazarse en coche desde a Galiza até Madrid, segundo informaron a Europa Press fontes parlamentarias. Renuncia efectiva o 18 de maio Os dous senadores presentaron a súa renuncia para o vindeiro 18 de maio, polo que até esa data continúan con escano na Cámara Alta. De feito, no caso de Elena Muñoz, ten previsto realizar unha pregunta ao Goberno estatal na sesión de control desta terza feira. Feixoo dimitirá como presidente da Xunta "nas próximas semanas" e non descarta ser senador Unha vez se produza definitivamente a renuncia, o Parlamento galego terá que aprobar nun Pleno o nomeamento como senadores por designación autonómica do novo líder do PP e do seu vicesecretario de Organización territorial, tras ser propostos polo grupo parlamentario popular. |
NOS_53526 | Segundo afirma hoxe o diario El Mundo, informes policiais indican que o BNG "ten modificado o eixo da súa liña política". Estes informes fan parte da investigación policial no cuadro do proceso que a Audiencia Nacional segue contra catro independentistas acusados de pertenza a organización armada, falsificación documental e tenza de explosivos. | Non parece nada normal nunha democracia minimamente avanzada que os corpos e forzas de seguridade do Estado se dediquen a facer consideracións de tipo político sobre as organizacións políticas democráticas, mais no Estado español isto está a suceder, se nos atermos ao teor literal da información que publica hoxe o diario El Mundo. El Mundo afirma literalmente que "os estrategas de seguranza [reférese quer aos servizos policiais quer aos de intelixencia]" consideran que o BNG "ten modificado o eixo da súa liña política" -esta frase entre aspas pertencería supostamente aos informes policiais-, procurando, di o rotativo, "un punto máis de velocidade ás súas reivindicacións secesionistas". Así, os servizos de seguranza do Estado, sempre segundo o que publica El Mundo, advirten de que o BNG "está a potenciar accións en favor do direito de autodeterminación do pobo galego" -o texto entre aspas está escrito polo xornalista Fernando Lázaro- e, alén do máis, "están a prestar apoio político aos presos de Resistencia Galega -aquí a frase pertencería aos informes policiais. El Mundo salienta que o BNG se negou a asinar unha proposta do PP, en sede parlamentaria, para condenar Resistencia Galega, ocultando que foi o conxunto da oposición -BNG, PSdeG-PSOE e AGE- quen se negou a facelo co argumento de que se trataba dunha cortina de fume do PP para desviar a atención sobre os problemas reais que afectan a cidadanía galega. |
NOS_25436 | O manifesto contrario á vacinación obrigatoria solicita que nos medios "se informe en base á investigación e ao debate científico". Non obstante, precisamente neste eido, hai unha concordancia case unánime sobre os beneficios da vacinación. | A pasada cuarta feira nacía o Colectivo berro seco na defensa dos dereitos e liberdades, por medio dun manifesto publicado na Internet no que arremeten en contra das restricións por mor da pandemia de Covid-19 e cuestionan a vacinación obrigatoria. Entre os impulsores e primeiros asinantes atópase a ex deputada no Parlamento Europeo Lidia Senra, xunta nomes como Xosé Ramón Cendán Regueiro, Miguel Anxo Abraira Sobrado, Xabier Gómez Santiso ou Pura Seoane Albela. Sostendo que, desde "principios de esquerda" observan con preocupación "como se está a dar unha deriva totalitaria e antidemocrática da man dun conxunto cada vez maior de medidas e cambios lexislativos". Baseadas niso, as persoas que integran o colectivo enumeran unha serie de reclamacións para as que piden apoio como "a fin inmediata de calquera tipo de coacción e acoso coa finalidade de converter, na práctica, a vacinación nun acto obrigatorio", incidindo en que a sanidade ten que cesar nas medidas "de perseguir e/ou violentar as persoas sas". Neste sentido, exixen tamén que se elimine de inmediato "o pasaporte Covid para calquera uso" e a suspensión da recomendación da vacinación infantil e xuvenil, aducindo que as consecuencias para a súa saúde de padecer o SARS-CoV-2 serían mellores que a inoculación da vacina, aínda que sinalan que non existen datos "que avalen a inexistencia [ou existencia] de efectos adversos a medio ou longo prazo". Investigación e debate científico Tamén solicitan que nos medios "se informe en base á investigación e ao debate científico". Non obstante, precisamente neste eido, hai unha concordancia case unánime sobre os beneficios da vacinación. Ao tempo, piden a "apertura dun debate social e político sobre as medidas económicas e políticas restritivas", así como "o fin das campañas de acoso, fomento do medo xeneralizado á poboación, e criminalización das persoas que disenten" sobre estas medidas. En relación ao titular orixinal da noticia, en que se apuntaba que se trataba dun manifesto antivacinas, o colectivo púxose en contacto con Nós Diario para advertir de que non se axustaba ao contido do texto, recollido no blog https://berrosecodignidade.blogspot.com/. Insiste o colectivo en que o espírito do texto é defender "os dereitos e liberdades, recortadas polas decisións do Goberno Central, Xunta de Galicia e a inmensa maioría dos medios de comunicación Públicos e privados. Salienta, tamén, que as persoas promotoras " somos vacinadas e non vacinadas". |
NOS_31440 | O candidato número un da Alternativa Galega de Esquerda pola Coruña fixo esta afirmación nun acto que a coalición entre Esquerda Unida e Anova realizou en Ourense. Yolanda Díaz celebrou a unidade de "tantos homes e mulleres diferentes, pero de esquerdas" que na súa opinión representa AGE. | A Alternativa Galega de Esquerda desenvolveu esta sexta feira o seu primeiro acto en campaña electoral na cidade de Ourense. Nel participaron Carmen Iglesias Sueiro, David de Toen, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras. A organización asegurou que superaron en aforo o público asistente ao mitin de Rubalcaba en Cerceda. A candidata e coordinadora de EU, Yolanda Díaz, encetou a intervención con palabras de ánimo para Xesús Pintos, o responsábel comarcal da CIG de Ferrol que foi detido e maltratado pola policía no arranque mesmo da campaña. "Tentan levar todas as mobilizacións ás cadeas. Estamos en guerra" aseverou. Díaz fixo mención a algunhas das propostas electorais de AGE, como a aposta por unha fiscalidade progresiva. Malia que a enquisa do CIS só lle outorga un deputado pola provincia da Coruña, e o 3,9% dos votos a nivel galego, a número dous da coalición entre EU e Anova dixo que "cando cheguemos á Xunta derrogaremos a Lei de protección á familia, feita polo Opus Dei" asegurando que actuarán como "unha brigada de demolición normativa". Díaz e Beiras celebran a súa coalición Yolanda Díaz expresou a súa satisfacción pola coalición conformada con Anova, malia as críticas recibidas polo nacionalismo e sectores do soberanismo que participaran inicialmente no proxecto liderado por Beiras, que denunciaron a "obediencia estatal" da nova forza. "É un orgullo que esteamos mesturados tantos homes e mulleres diferentes, pero de esquerdas" dixo. Neste senso, o propio Xosé Manuel Beiras sumouse á mensaxe da líder de Esquerda Unida afirmando que o acordo do que naceu AGE, supuxo "pasar unha fronteira que se convertera nun tabú. Non hai españolistas e galeguistas, son unhas eleccións que constitúen un episodio no camiño cara á fin dun réxime político que está en putrefacción". Deste xeito o que fora portavoz nacional do BNG e o seu cabeza de cartel durante anos, abxuraba publicamente do principio de autoorganización que outrora defendera con vehemencia precisamente contra quen hoxe son os seus socios electorais. Beiras centrou a súa intervención na defensa da anteposición da ética á política, afirmando que a coalición da que é cabeza de lista pola Coruña vai "abrir un novo ciclo histórico". |
NOS_41827 | O deputado Antón Sánchez acusou o PP de ''normalizar a violación sistemática de dereitos humanos' pola súa actitude perante os desafiuzamentos. | AGE presentou unha proposición non de lei na que instaba á Xunta a solicitar ao Ministerio de Interior información sobre os feitos acontecidos en setembro pasado en Aríns (Compostela), durante o despexo dunha familia, e que derivaron nun xuízo contra 4 activistas. O deputado Antón Sánchez denunciou a "represión" do movemento contra os desafiuzamentos que, ao seu entender, protagoniza o PP e falou de atestados policiais "deliberadamente falseados". Unha acusación feita no seu momento xa por Stop-despexos de Compostela. "As multas aos participante nas protestas antidesafiuzamentos multiplícanse e, no caso da plataforma Stop Desafiuzamentos, especialmente", dixo o parlamentario de AGE. "Parece que queren enviar a mensaxe de que a presión popular non pode mudar as cousas, mais a situación é crítica". BNG e Grupo Mixto apoiaron a proposta realizada por Alternativa. Non así o PP, que rexeitou por boca do deputado Gonzalo Trenor a proposta e acusou a Alternativa de levar iniciativas ao Parlamento para "defender os seus compañeiros", mesmo referíndose á filiación política na FPG dun dos activistas, o que provocou que Beiras desde o escano preguntase a Trenor se eses datos llos facilitara "a brigada político-social". Durante 2014, executáronse 2.400 desaloxos de vivenda, lembra AGE. A Xunta realoxou 44 familias. Só na Coruña houbo 5.000 solicitudes, lembra Alternativa. |
NOS_1360 | Menos dun terzo do alumnado de segundo de Bacharelato, e un número testemuñal nos ciclos de FP, volveu onte ás aulas, que reabriron de forma voluntaria para as estudantes destas etapas educativas –e obrigatoria para o profesorado– após dous meses de docencia telemática instaurada pola crise da COVID-19. | oa parte dos 278 centros de ensino que imparten Bacharelato e dos 224 que ofrecen Formación Profesional (FP) na Galiza reabriron onte as súas aulas, aínda que só para acoller o alumnado de segundo curso da secundaria ou dos ciclos medio e superior que optou por recuperar a docencia presencial neste final de curso. A volta, voluntaria para o estudantado e obrigatoria para o persoal docente, foi escasa en Bacharelato e practicamente nula nos ciclos formativos, segundo os datos da propia Consellaría de Educación, que cifra en 3.733 as alumnas e alumnos de secundaria que se presentaron nos institutos –31% do total matriculado en centros públicos galegos–, e en menos dunha décima parte, 361 persoas, nos centros de FP, das 22.700 matriculadas neste curso. A propia Consellaría sinalaba onte que a presenza nesta última modalidade foi "puntual", se ben lembraba que unha parte do alumnado está nesta época realizando a súa formación en centros de traballo (FCT) ou preparando o seu proxecto, e apuntaba tamén que certos institutos agardaron a hoxe para retomar as clases. Foi esta escasa afluencia, unida ao traballo previo do profesorado e dos equipos directivos dos centros, a que facilitou unha apertura sen grandes conflitos nin necesidade de desdobrar clases, segundo estima desde o sector de ensino de UXT a súa secretaria, Paula Carreiro, para quen o acontecido onte "vén reforzar a posición dos sindicatos de que non había moita necesidade de volver ás aulas neste curso". A decisión, adoptada pola Consellaría de Educación hai dez días, após unha reunión interterritorial coa presenza da ministra de Educación, Isabel Celáa, tomouse coa oposición das organizacións sindicais, contrarias ante a "falta de garantías sanitarias" e polas dificultades de ofrecer de forma simultánea docencia e teledocencia para o profesorado, que maioritariamente combina distintas etapas. Con todo, foron varios os centros de ensino que protestaron onte pola falta de material de prevención, que debía ter subministrado a Consellería a finais da semana pasada, unha carencia que levou UXT a presentar unha queixa por escrito, con advertencia de volver denunciar perante a Inspección de Traballo se as máscaras e sinalización non están hoxe a disposición dos centros. Tamén desde a CIG alertan de que "estarán vixilantes ante calquera actuación irresponsábel nas próximas datas" e chaman a denunciar calquera incumprimento das garantías sanitarias para pór freo a unha reincorporación que, aos seus ollos, "non ten sentido nestes momentos". O alumnado, que se poderá seguir sumando ás aulas nos vindeiros días, ten por diante un máximo de catro semanas de clases, que no caso do Bacharelato poderán servir para preparar as probas ABAU (de acceso á universidade), adiadas este ano até os días 7,8 e 9 de xullo na convocatoria ordinaria, por mor das restricións derivadas da pandemia. Con todo, as avaliacións realizaranse un mes antes, entre o 6 e o 8 de xuño, e só poden ter en conta o examinado até o inicio do estado de alarma. |
PRAZA_431 | Sindicatos estudantís responden desde mañá á política educativa do Goberno do PP tras a nova proposta que prevé pór en marcha os graos de tres anos. As organizacións galegas convocan folga xeral e mobilizacións para o vindeiro xoves en toda Galicia. | Desde mañá, o estudantado responderá á proposta do Goberno central de poñer en marcha os graos de tres anos de duración. Será unha protesta contra o famoso decreto 3+2, adiada xa e criticada polos reitores, e que suporá a eliminación de titulacións e a fusión de graos, que se reducirán a tres anos e a 180 créditos desde os catro anos e os 240 actuais, unha medida que para os seus críticos suporá a súa devaluación e a obrigatoriedade de cursar dous anos de máster -que agora dura un- e asumir prezos elevados para unha maioría dos alumnos. Un novo modelo que facilitará a competencia das universidades privadas, que non poden competir nin en calidade nin en prezo coa oferta pública de graos, pero si o poden facer na de máster. O Sindicato de Estudantes convoca dous días de folga no ensino; as organizacións galegas van á folga e saen á rúa o xoves 26 O Sindicato de Estudantes convocou para mañá mércores e o vindeiro xoves unha folga xeral estudantil en Secundaria e ensino universitario, que irá acompañado das manifestacións do xoves 26, xornada na que as organizacións estudantís galegas teñen convocada a folga e tamén mobilizacións e concentracións en todas as cidades e varias vilas galegas. Protestas que non se limitan a esta nova proposta do ministro Wert, senón aos recortes nunha política educativa que cualifican de "elitista e discriminatoria" e que cren que vai destinada a "privatización". Así, Comités, Liga Estudantil Galega, Agir e outras organizacións estudantís galegas animan a protestar "cunha soa voz" contra os recortes, a masificación das aulas, a precarización do profesorado e contra unha universidade que "sexa cada vez máis un servizo que moi poucas podemos pagar". No comunicado conxunto, as entidades galegas opóñense a que lles "quiten as bolsas, a que endurezan os requisitos para obtelas mentres recortan e deixan a campus e institutos en situacións dramáticas". E animan a saír á rúa "contra un ensino que cada vez custa máis pagar ás clases populares e cunha calidade cada vez menor". Comités e Liga Estudantil maniféstanse "contra un ensino que cada vez custa máis pagar ás clases populares e cunha calidade cada vez menor" Será unha reivindicación dun "ensino público e gratuíto", tamén dun Sindicato de Estudantes que ve no decreto 3+2 unha novo golpe "decisivo cara á privatización" despois de que no Estado se recortasen "máis de 1.500 millóns de euros ás universidades públicas e dun incremento brutal das taxas, cos que xa se expulsou máis de 45.000 estudantes universitarios nos dous últimos anos". "Quen poderá pagar os 20.000 euros que custará o título universitario?", pregúntase a organización, que desmente que a medida pretenda equiparar o sistema con Europa, xa que "en 23 países da UE o acceso á Universidade é gratuíto ou a prezos baixos". Pero hai moito máis. Comités e Liga Estudantil apostan tamén por "liscar das aulas o patriarcado" e censuran un goberno que "fomenta con sumas indecentes de cartos aos colexios que segregan por sexos". "Mentres eles impoñen relixión, negación do corpo e de nós mesmas e perpetuación de vellos valores, nós loitamos por unha educación en igualdade que nos axude a construír novas relacións", reivindican, ao tempo que advirten do "perigo" no que se atopa a lingua galega, "tanto no ensino como na sociedade". O decreto 3+2 é para as organizacións estudantís a medida que culmina "todas as contrarreformas educativas do PP para acabar co dereito ao estudo" Para todas as organizacións, este último decreto supón un ataque máis "e o máis grave en décadas" que vén culminar "todas as contrarreformas educativas do PP para acabar co derito ao estudo" das clases populares. "Queren impoñer o seu modelo mercantilista e elitista en beneficio das grandes universidades privadas", censura o Sindicato de Estudantes, que cre que para o PP "sobran universitarios de familias traballadoras". Así, o Sindicato de Estudantes convoca folga xeral no ensino para os dous vindeiros mércores e xoves, mentres que Comités, Liga Estudantil e o resto de organizacións galegas apostan polo xoves para o paro e as mobilizacións na rúa "contra os recortes no ensino, por unha educación popular, non patriarcal, galega, científica e de calidade". Hora e lugar das manifestacións do xoves 26 Comités, Liga Estudantil e Agir: A Coruña: Praza de Vigo ás 12:00h Burela: Praza do Concello ás 12:00h Ferrol: Praza Camilo José Cela (Diante do edificio da Xunta) ás 12h Lugo: Edificio Intercentros ás 12:30 e na Horta do Seminario ás 12:45h Ourense: Diante da Subdelegación do Goberno ás 12h Pontedeume: porta do IES Breamo ás 10h Pontevedra: Praza da Peregrina ás 12:00h Santiago de Compostela: Alameda ás 11:30h Vigo: Praza América ás 11:30h Allariz: Diante do IES de Allariz ás 12h Cee: Praza 8 de marzo ás 12h Guitiriz: Diante do IES Díaz Castro Melide: Diante do IES de Melide ás 12h O Carballiño: Praza Maior d'O Carballiño ás 17:30h Ponteareas: Desde a rúa Feliciano Barrera (diante dos IES) ás 12h Ribadeo: Diante do IES Ribadeo ás 12h Ribeira: Diante da Estación de autobuses ás 12h Sarria: Praza da Vila ás 12h Verín: Avenida de Portugal (Diante do IES Xesús Taboada Chivite) ás 12h Vilagarcía: Praza da Galiza ás 12h Vilalba: Praza da Constitución ás 12h Sindicato de Estudantes: Ferrol: Edificio da Xunta, praza de España ás 12h Compostela: Alameda, 11,30h Vigo: praza América, 11,30h A Coruña: praza da Palloza, 12h Lugo: Avenida Ramón Ferreiro, fronte ao IES, 12,30h |
PRAZA_3068 | Tamén Cerdedo-Cotobade perde poboación desde as unións impulsadas pola Xunta, pero está algo máis lonxe de baixar do nivel que reduce o financiamento estatal | Tamén Cerdedo-Cotobade perde poboación desde as unións impulsadas pola Xunta, pero está algo máis lonxe de baixar do nivel que reduce o financiamento estatalFoi o gran anuncio do último debate de política xeral do primeiro mandato de Feijóo á fronte da Xunta, en marzo de 2012, e un ano máis tarde consumábase. A fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras era presentada polos populares como un exemplo pioneiro a nivel estatal da ao seu ver necesaria reforma da planta municipal, mentres que a nivel local se publicitou, entre as vantaxes da unión, que a suma dos dous municipios permitiría superar os 5.000 habitantes, nivel a partir do cal os concellos reciben máis cartos da facenda estatal. Porén, segundo as últimas cifras de poboación, que veñen de facerse oficiais a través do Boletín Oficial do Estado (BOE), en 2019 Oza-Cesuras caeu ata os 5.101 habitantes. Só 42 concellos gañaron poboación na última década, pero no caso dos fusionados a perda pode devolvelos en poucos anos canto aos ingresos que perciben á situación previa ás súas unións Tamén segue a perder poboación a outra fusión de concellos impulsada nestes anos, a de Cerdedo-Cotobade, pero nese caso algo máis lonxe de perder o nivel dos 5.000 habitantes, en concreto 5.699 segundo as últimas cifras oficiais. Unha tendencia, a da perda de poboación, que é a dominante na maior parte de Galicia, de xeito que só 42 dos 313 concellos gañaron poboación na última década. Porén, no caso de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade a perda de habitantes pode ter o efecto de devolver en poucos anos os dous municipios á situación previa ás súas fusións canto aos ingresos que perciben do Estado.Os concellos participan dos impostos recadados polo Estado en función da súa poboación, aplicándoselles un coeficiente multiplicador en función do nivel no que se atopan. Así, ese coeficiente é 1,00 para os concellos con menos de 5.000 habitantes, pero aumenta a 1,17 para os que superan esa cifra, a 1,30 para os de máis de 20.000 habitantes e a 1,40 para os de máis de 50.000. Ese feito, o de que a suma dos habitantes de Oza dos Ríos e Cesuras puidese superar as 5.000 persoas e así recibir máis fondos estatais, foi un dos argumentos empregados para impulsar a fusión en 2013, ao igual que a de Cerdedo e Cotobade en 2016.Desde as fusións, Oza-Cesuras perdeu o 4,4% da poboación e Cerdedo-Cotobade o 6,1%A fusión non puido impedir a tendencia de perda de poboación dese tipo de concellos rurais do interior de Galicia. No caso de Oza-Cesuras, a un ritmo de medio cento de habitantes cada ano que podería facelo baixar do nivel dos 5.000 habitantes en apenas un par de anos máis. A tendencia é similar, e mesmo máis acelerada, no caso de Cerdedo-Cotobade, pero cunhas cifras aínda afastadas dese nivel dos 5.000 habitantes. Se no caso de Oza-Cesuras a perda de poboación desde a fusión é dun 4,4%, no de Cerdedo-Cotobade aumenta ata o 6,1%. |
NOS_10744 | O presidente da Xunta non contempla necesario un confinamento como o de marzo para frear o avance do virus pero si prevé que na tarde deste 8 de xaneiro se anuncien restricións á hostalaría [EN AMPLIACIÓN] | A Xunta descarta polo de agora decretar o confinamento xeral para a poboación ante a chegada da terceira onda do coronavirus que si provocará novas restricións para os negocios da hostalaría, que recuperaron certa normalidade durante o pasado mes de decembro tras permanecer pechados durante o mes de novembro en boa parte do territorio. Así o avanzou o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, nun acto realizado no Milladoiro (Ames) antes de que iniciase a reunión do comité clínico que na tarde desta sexta anunciará novas medidas para conter a crise sanitaria ante o empeoramento da evolución epidemiolóxica e a presión sobre os hospitais. Segundo concretou Feixoo, que subliñou a necesidade de "escoitar" as e os expertos que compoñen o comité clínico, na reunión non estará sobre a mesa decretar o confinamento con carácter xeral para toda a poboación como xa impuxeron algúns países da Unión Europea. Tampouco haberá cambios no recoller obrigatorio, que se manterá ás 23 horas. "Non imos confinar a poboación na Galiza porque non é necesario desde o punto de vista epidemiolóxico", sentenciou o mandatario, que, con todo, si apelou as galegas e galegos para limitar as súas saídas ao exterior na medida do posíbel."Canto máis tempo estean na casa, mellor para eles e para a sociedade", engadiu o presidente antes de avanzar que o comité de expertos da Xunta si prepara restricións para os negocios de hostalaría. Unhas medidas que se estudarían por concellos e en función da incidencia acumulada a 14, 7 e 3 días, o volume de ocupación en hospitalización e en unidades de coidados intensivos (UCI) e na "análise" dos repuntes detectados."Haberá probabelmente decisións respecto diso", apuntou o presidente galego, que puxo o acento en que estas novas restricións partirán do comité clínico articulado pola Consellaría de Sanidade, composto por 35 persoas que son "as que máis saben e que seguen de forman escrupulosa" a evolución da pandemia na Galiza. En canto ás residencias de maiores, Feixoo avanzou que o comité estuda fechar estes centros a visitas mentres non estean todas as persoas usuarias e traballadoras inmunizadas coa vacina. Mobilidade O presidente da Xunta tamén asegurou que "está encima da mesa" do comité clínico "o estudo das améndoas perimentrais" que teñen limitada a mobilidade na Galiza. Así o avanzou ao ser preguntado por unha posíbel ampliación do fechamento de Santiago cos municipios limítrofes de Teo e Ames. "Non hai un consenso epidemiolóxico respecto diso, non o hai aquí nin o hai en ningún lugar", manifestou, sinalando que "hai epidemiólogos que aconsellan que as améndoas sexan moi pequenas, mesmo concellos illados; e hai outros que consideran que as améndoas se poden ampliar". "Somos partidarios de facilitar as interaccións veciñais que se producen con normalidade e, efectivamente, Ames, Santiago e Teo son concellos que viven nunha conurbación urbana única pero tamén somos partidarios de escoitar os expertos", sinalou. Feixoo referiuse ao caso de Lugo asegurando que é un dos concellos que tivo "mellor evolución". "O concello de Lugo estivo illado durante semanas e, con todo, hoxe é o mellor concello desde o punto de vista epidemiolóxico da Galiza", sinalou. |
NOS_8610 | En resposta ás preguntas formuladas polo BNG e AGE a Dirección Xeral de Augas recoñeceu a incoación de senllos expedientes contra Ferroatlántica S.L polas obras que desenvolve na bacía do Xallas. | Gonzalo Mosquera, director xeral de Augas de Galicia, recoñeceu esta terza feira (20 de outubro) a existencia de irregularidades na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos que existen irregularidades nas obras que está a desenvolver a empresa Ferroatlántica S.L na bacía do río Xallas, nos concellos de Dumbría e Mazaricos. No concreto, Mosquera deu conta da abertura no ano 2014 de dous expedientes por amoroamento de terras. Fíxoo en resposta a senllas preguntas formuladas pola deputada do BNG, Ana Pontón, e Antón Sánchez (AGE). Aliás, o director xeral explicou que un dos expedientes derivou nunha sanción, da que non quixo especificar a contía, e mesmo en paralizacións puntuais das obras. O outro estaría aínda en tramitación. As preguntas formuladas polo BNG e AGE responden á denuncia presentada pola Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (Adega) perante a Fiscalía do TSXG polos prexuízos que estarían a causar as obras de construción de 3 novas centrais hidroeléctricas Fervenza II, Novo Castrelo, Ponte Olveira II e no río Xallas. Espazos que constitúen "milleiros de metros cadrados de carballeira e bosque de ribeira, hábitats de interese europeo e prioritario" no que moran especies protexidas sinalaban desde Adega cando se formalizou a denuncia. Neste senso, un estudo desenvolvido por investigadores das tres universidades galegas concluíu que nas localizacións das obras que Ferroatlántica S.L, está a desenvolver no Xallas teñen causado graves danos a especies protexidas e endemismos incluidos no CGEA tanto vulnerábeis como en perigo de extinción. "Non queremos sancións sobre feitos consumados, a obriga da Xunta é evitar que se destrúan espazos únicos", dixo Pontón Perante este feito a parlamentar do BNG, Ana Pontón, reclamou que se dea cumprimento á Lei de conservación da natureza e as sancións previstas na mesma ao tempo que exixiu a paralización das obras. "É impresentábel o que están facendo e poden repetirse as imputacións de altos cargos por vulnerar a lei", denunciou en referencia á acusación do ex-director xeral Francisco Pan-Manojo por ter autorizado a seca do Xallas por parte de Ferroatlántica S.L entre os anos 2004 e 2011. Unha decisión adoptada "con pleno coñecemento" dos prexuízos ecolóxicos que carrexaría. Tanto BNG, AGE como Adega sinalan un posíbel "favoritismo" por parte do Partido Popular cara a empresa Ferratlántica, propiedade de Villar-Mir, unha entidade investigada nas operacións Gürtel e Bárcenas. "A Xunta ten a obriga de paralisar as obras e aplicar a Lei de Conservación da Natureza que considera estes feitos como infracción moi grave", sinalan desde a asociación ecoloxista. "Non queremos sancións sobre feitos consumados, a obriga da Xunta é evitar que se destrúan espazos únicos", dixo Pontón. |
PRAZA_19764 | Os representantes das forzas políticas que redactaron o anteproxecto estatutario en 1979 reciben as medallas da Cámara galega nun acto cargado de memoria e de chamadas a reforzar o autogoberno | "Galicia sofre un déficit de coñeemento da súa historia contemporánea e, moi singularmente, do proceso que sentou as bases do autogoberno". O Parlamento revestiuse este xoves de solemnidade para, por segunda vez, entregar as súas medallas. No trixéximo sexto aniversario da promulgación do vixente Estatuto de Autonomía, o de 1981, o lexislativo galego abriulle as portas a quen dous anos antes, na primavera de 1979, redactaran o Estatuto que non chegou a ser, o fulminado nos meses da aldraxe, no outono do mesmo ano e cuxo espírito pairou, aínda que atenuado, nos Pactos do Hostal de 1980, que deron lugar á norma estatutaria aínda vixente.Santalices evoca os "esforzos de Castelao e os patriotas que loitaron polo Estatuto do 36" para eloxiar "outro grupo de patriotas, a Comisión dos 16"Os condecorados coa máxima distinción da Cámara foron os quince homes e unha muller que conformaron inicialmente a Comisión, pero a homenaxe estendeuse ás persoas que colaboraron con elas e tamén participaron nos traballos. Nomes como os de Xosé Manteiga, Marino Dónega, Joám Lopes Facal ou Xoán Manuel Álvarez Ramos estiveron presentes nos discursos e na memoria dos homenaxeados -seis deles, a título póstumo- nun acto no que o actual presidente do Parlamento, Miguel Santalices, evocou os "esforzos de Castelao e outros tantos patriotas que loitaron polo Estatuto do 36" ou a "memoria dos deputados galegos da República" e mais do histórico Consello de Galiza para acentuar a importancia "doutro grupo de patriotas, a Comisión dos Dezaseis", que tornou "nunha das pouquiñas experiencias de consenso que ten a nosa política máis nova".Quen redactaron aquel Estatuto, di Santalices, herdaron unha "vocación autonomista nunca interrompida, pero si intensamente maltratada", e xunto aos seus "substitutos e colaboradores" puxérona ao servizo do país cun "alto espírito de lealdade" e "procura de consenso". Experiencias como as súas, mesmo tras o ataque do "Estatuto da aldraxe" que "trataron de nos impoñer", deben ser "fonte de inspiración para calquera que aspire a servir a Galicia", mantén.Chamadas a renovar o Estatuto e eloxio do "consenso"O alto grao de "xenerosidade" que presidiu a comisión foi tamén o centro dos discursos dos sete membros da comisión que representaron a todos os partipantes na redacción do anteproxecto. Todos estaban "unidos polo mesmo tremor da patria e pola mesma responsabilidade do encargo" lembrou Pablo González Mariñas, na altura representante da UCD. Cun ollo posto na herdanza da "legalidade republicana" resaltou o socialista José Vázquez Fouz, abordaron o Estatuto cunha actitude que deu en ser "experiencia modelo de respecto mutuo ", resaltou o xurista Francisco Puy, representante de Alianza Popular nos traballos, en cuxo recordo está o feito de que o "único" daqueles artigos que chegou "intacto" ao texto do 81 foi "o que establece a bandeira, o himno e o escudo"."Galicia é quen de valerse por si mesma"Se cadra, sinalou Fernando Solla, membro da Comisión polo PTG, cómpre preguntarse "se non sería posible pular" na actualidade "por un proceso aberto e participativo", semellante ou máis amplo que aquel, para abordar "unha posible reforma do Estatuto" que vai alén do actual, algunhas de cuxas competencias aínda están "sen completar" e mesmo "ameazadas por actitudes recentralizadoras". Ameazas como as que, recordou Camilo Nogueira, querían "asimilar" o Estatuto galego ao dunha "rexión administrativa" e non o lograron, aínda que "non todo foi como puido ser" nun país ao que "non se lle explicou por que está como agora o coñecemos", pero que é quen "de valerse por si mesmo" para "encarar o recoñecemento de Galicia como nación en Europa"A homenaxe, acompañada pola música de Uxía e Xosé Manuel Budiño e secundada por representantes das principais institucións do país, foi clausurado polo presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo empregou o seu discurso para eloxiar o "parlamentarismo" fronte a "outras formas de participación política", se ben tamén o aproveitou para cargar contra o Goberno catalán, "obstinado en transgredir a legalidade estatutaria" ou censurar os "réximes" que "consideraban a democracia un vestixio" con "argumentos que agora se repiten". A Comisión dos 16, segundo o titular da Xunta, demostra que "a autonomía empezou a andar cun pé dereito e outro esquerdo, ninguén quedou excluído", porque o galego é un "pobo naturalmente parlamentario". |
NOS_50133 | A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de publicar un comunicado no que amosa a súa inquedanza e decepción diante programación para 2017 que vén de presentar o CDG. | Esta asociación lamenta que o Centro Dramático Galego só monte dúas das tres obras que conforman 'Martes de Carnaval', desbotando así a terceira pata desta triloxía de Valle, 'Los cuernos de don Friolera', por "cuestións orzamentarias que non responden a criterios artísticos, empregando unha vez máis as circunstancias económicas como escusa para limitar a actividade do CDG, cando sempre dende os Gobernos central e autonómico se aplaude e se celebra unha recuperación económica que resulta invisible". A AAAG tamén se queixa de que toda a produción do CDG para o ano 2017 quede reducida a unha obra "que, por moito que sexa un espectáculo dobre, non deixa de ser unha única montaxe cunha única estrea e cunha única xira por Galiza". A AAAG lamenta que o CDG só monte dúas das tres obras que conforman 'Martes de Carnaval', desbotando así a terceira pata desta triloxía de Valle, por "cuestións orzamentarias" E, por último, tamén lamentan que o elenco deste Martes de Carnaval estea conformado unicamente por dez intérpretes, "sendo un volume de contratación totalmente inaceptable por parte dun CDG que ha de recuperar o seu papel de teatro nacional para o noso país". Segundo o comunicado, non é aceptable que a entidade de teatro público reduza a súa actividade ao longo das temporadas a unha única produción, algo que vén acontecendo nos últimos exercicios e que parece que se volvería repetir no 2017, a non ser que entre os meses de novembro e decembro realicen unha nova produción, algo que consideramos xa como un mínimo imprescindible e urxente". Tamén subliñan a necesidade de que as producións que leve a cabo o CDG incrementen o tamaño dos seus elencos. "Un verdadeiro teatro nacional non debe conformarse con realizar montaxes cun máximo de dez intérpretes, reducindo as súas obras a medianos formatos, actividade que asumen xa -malia as dificultades- compañías privadas", afirman. |
NOS_20172 | A multinacional francesa si emprega o euskera, o catalán e o castelán. Nesta última lingua explica que "Centros Comerciales Carrefour cumple con las normativas legales vigentes en las diferentes comunidades autónomas". A Mesa chama @s consumidor@s a se queixaren | A Mesa pola normalización vén de lle transladar á cadea de supermercados Carrefour a queixa d@s consumidor@s de lugares como A Coruña, Ourense, Vilagarcía, Sanxenxo ou Compostela pola atención que se brinda en castelán, euskera e catalán, mais non en galego. Nin a atención á clientela, nin na publicidade, nin na comunicación interna e externa nin nos ticket aparece a nosa lingua. Malia lle preguntaren desde A Mesa pola razón de tal "exclusión", desde o departamento de 'Atención ao cliente' "non se explicou a razón pola que o galego recibe un trato diferente ás outras linguas cooficiais no Estado", limitándose a sinalar, en castelán, que "Centros Comerciales Carrefour cumple con las normativas legales vigentes en las diferentes comunidades autónomas". A plataforma en prol da normalización do noso idioma chama á cidadanía a exixir á transnacional francesa "que respecte o galego" facendo chegar as queiras ao 'Contacta connosco' habilitado para particulares. |
NOS_49704 | A existencia de distintas variedades de uva incrementa exponencialmente a diversidade de experiencias sensoriais que podemos atopar nos viños. Teñen o seu peso na definición do perfil de cada viño e poden vinificarse por separado, unha a unha, ou combinando varias no mesmo viño. O complexo varietal da Galiza é enormemente rico, diferenciador, foi clave da revalorización dos viños galegos, e agocha unha información valiosísima sobre o noso pasado histórico aínda por desvelar. Aquí chamámoslle castes. | As variedades foron un elemento central na reestruturación do sector do viño na Galiza e mereceron un grao destacado de atención técnica e de investigación. Hai ben poucos anos que o cultivo de variedades coñecidas como autóctonas ou castes volveu superar a superficie de viña plantada con variedades traídas doutras zonas nos séculos escuros da nosa viticultura. Distintos estudos científicos revelaron a orixe das variedades, e aclararon as sinonimias tan habituais (a mesma variedade ten distinto nome segundo a zona de cultivo). Puxéronse en circulación comercial a través de viveiros e as nosas viticultoras e viticultores acolléronnas outra volta nas súas viñas. As variedades de uva autóctonas foron en gran medida o noso buque insignia porque achegaron riqueza e diferenciación, valor, aos nosos viños. Máis de 70 variedades de uva cultivadas nos territorios do viño da Galiza achegan infinitas posibilidades no goce das persoas afeccionadas. Cada variedade de uva ten distinto comportamento na viña e achega matices distintos ao viño. As notas varietais son precisamente os descritores de cata que máis se repiten nunha variedade e poden facer recoñecíbel a súa presenza nun viño. Por suposto, sempre á luz de todos os demais factores que inflúen. Poñamos un exemplo. Un descritor habitual dos brancos elaborados con albariño é o aroma afroitado a mazá. Como vimos de ver, a zona de cultivo marcará máis o viño, pero poderemos atopar esa nota varietal en brancos de albariño de distintas zonas. Iso si, un albariño Rías Baixas lembraranos máis a unha mazá verde, máis fresco, que un albariño Ribeira Sacra de Quiroga. O segundo será un viño máis cálido, e os aromas de mazá máis maduros, mesmo tendentes á marmelada ou á compota de mazá en viños con varios anos ou de anadas con veráns moi calorosos. Máis de 70 variedades de uva cultivadas nos territorios do viño da Galiza achegan infinitas posibilidades no goce das persoas afeccionadas Iremos mencionando as castes tintas e brancas máis utilizadas hoxe en día na elaboración de viños, de cara a írmonos familiarizando cos follas, o acio e o bago de cada variedade. Existen publicacións oficiais e persoal técnico que permiten identificalas. Aquí imos aforrar no abuso fotográfico do verde. Non é nada doado identificar unha variedade e diferenciala doutras, nin sequera para persoas que traballan na viña con elas, alén das súas propias xa identificadas por algún método e localizadas. Probabelmente a característica máis diferenciadora sexa a forma das follas adultas. Poida que ao pasar de tres xa nos perdamos. E enriba, en inverno non teñen! Viños varietais vs. multivarietais Os viños poden facerse co número de variedades dispoñíbeis que se desexe. Escoitaredes falar de monovarietal referido aos elaborados só cunha caste. Tamén se usa con este significado o concepto varietal, para unha única caste ou un predominio moi destacado dunha. Así por exemplo, será un varietal de mencía o viño que conteña un 85% de mencía e a porcentaxe restante doutras en pequenas proporcións. Os viños multivarietais, ou plurivarietais, conteñen distintas castes. Pódense vinificar xa todas xuntas, sen separar; ou vendimar e elaborar cada unha por separado e posteriormente facer unha mestura ou coupage de viños nas proporcións desexadas. Nos viñedos europeos atopamos casos de zonas relevantes que se especializaron na produción prioritaria dun número escaso de variedades para elaborar viños monovarietais, é o caso dos tintos de pinot noir e brancos de chardonnay na Borgoña, ou dos brancos de riesling en Alemaña. Porén semella máis estendida e tradicional a práctica de cultivar variedades diferentes mesturadas tamén nas viñas, antigamente de forma aparentemente desordenada a ollos actuais, e hoxe en día diferenciadas por fileiras na mesma viña ou mesmo en viñas distintas aplicando criterios técnicos de enxeñaría. Ten o seu sentido. A persoa que cultivaba buscaba o perfil do seu viño xa na plantación da viña. Usaba unha variedade porque daba boa estrutura aos viños, outra cada unha co seu aquel. Agora imaxinade combinar 70 entre monovarietais e multivarietais, en distintos climas, e en distintos solos. En certa forma, os viños multivarietais conseguen un plus de complexidade e de equilibrio xa desde a viña. É dicir, por procedencia combinan as características de distintas uvas, e ao tempo esquivan as limitacións de cada unha delas, non por corrección enolóxica senón por complementariedade con outras. Son xa moitas e moitos viticultores e enólogos que buscan expresar no viño unha paisaxe, unha zona, mesmo unha viña singular empregando todas as castes que contén. Non hai castes boas e malas. En calquera caso os monovarietais teñen gran auxe en moitos mercados, son interesantes desde o punto de vista das persoas produtoras para coñecer o comportamento de cada variedade, desenvolven unha función divulgadora protagonista na recuperación de variedades de uva que ficaron minorizadas, e son un goce máis para persoas afeccionadas que queren descubrir novas sensacións na cata de viños e recoñecer as notas varietais de cada caste. Na reestruturación do sector vitivinícola na Galiza apostouse pola recuperación das variedades autóctonas, incentivando especialmente o monocultivo e a elaboración de monovarietais dalgunhas delas. Destaca a produción de monovarietais de brancos de albariño na DO Rías Baixas, de brancos de godello na DO Valdeorras ou de tintos de mencía na DO Ribeira Sacra e na DO Monterrei. A DO Ribeiro mantén a súa tradición plurivarietal en brancos e tintos, aínda que podemos atopar monovarietais brancos de treixadura e tintos de sousón, caíño longo e ferrón en escasa produción. É crecente o interese de produtores e mercados por castes minoritarias que pouco a pouco van saíndo á luz. A orixe das castes A perda dos mercados exteriores no século XVIII e a entrada das novas enfermidades da vide no XIX reduciron drasticamente a superficie de viñedo e tamén a riqueza varietal preexistente na Galiza. Tamén a emigración e o abandono das zonas agrícolas. En toda Europa a filoxera procedente de América comía as raíces das vides e empezaron a buscarse solucións. Primeiro foron os híbridos produtores directos (HPD), cruzamentos artificiais entre vides europeas de vinífera (a especie apta para o viño) e vides americanas resistentes non viníferas. Na Galiza, como en toda Europa, tamén se cultivaron pero non lograban boa calidade nos viños e actualmente non están admitidos para a elaboración de viños. Tamén se enxertaron variedades europeas (parte aérea) en patróns americanos (parte subterránea), que é a forma de cultivo aínda predominante hoxe en día. Mentres os primeiros portaenxertos non se adaptaban ben, na Galiza inzouse o viñedo de híbridos e de variedades foráneas produtivas como o alicante bouschet (garnacha tintureira) en tinto e o palomino en branco. Nos anos 80 do século XX dominaban os cultivos na Galiza e case desterran as nosas variedades autóctonas. O grupo de variedades que podemos considerar ancestral ou máis autóctono é descendente do caíño bravo Esa tendencia inverteuse no tocante á recuperación de variedades e á recuperación das localizacións históricas dos bos viñedos, de forma progresiva e con moito camiño aínda por diante. Sabemos que ao longo da historia existiron variedades de uva silvestres e cultivadas que foron hibridando e evolucionando, de maneira natural e tamén coa axuda do transitar humano. Após tantos séculos, non é doado determinar a procedencia dunha variedade de uva. Os traballos científicos e análises xenéticas ao longo dos anos foron deitando luz nunha maraña complexa xa de por si, e aínda enriba nun territorio de historia terxiversada. Das relacións de parentesco estudadas entre variedades cultivadas, o grupo das autóctonas pertencen a distintas familias que se agrupan ao redor de variedades fundadoras: a galega Caíño Bravo, o grupo máis típico e que podemos considerar ancestral ou máis autóctono xunto co segundo; a portuguesa do norte Batoca; a europea Traminer; e un grupo de tres variedades castelás de menor incidencia na zona oriental. Os dous primeiros están relacionados coas variedades tintas caíño tinto, caíño longo, sousón, castañal, espadeiro…, e coas brancas caíño branco, loureira, treixadura, albariño. O grupo europeo relaciónase coas tintas merenzao, tinto serodo, mencía, mouratón…, e coas brancas godello, branco lexítimo, torrontés. |
NOS_10404 | A Mesa apoia a petición de "dimisión ou cesamento" de Valentín García como secretario xeral de Política Lingüística e reclama "unha remuda a fondo da Política Lingüística deste Goberno galego que non exerce de galego". Segundo Carlos Callón, García "está a exercer de verdugo do galego por un prato de lentellas". | Para Carlos Callón, Valentín García, o Secretario xeral de Política Lingüística non só é verdugo do galego "por un prato de lentellas" senón que é tamén "cruel e mesquiño na súa decisión de quitarlle o traballo a 476 docentes", di, con respecto ao despedimento do colectivo que até agora estaba a impartir o CELGA. A Mesa súmase así á solicitude de dimisión ou cesamento de Valentín García que reclaman desde a Asemblea do profesorado Celga á que a pasada semana tamén se sumou a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL). Ambas entidades entenden que o despedimento é debido á represalia da administración por teren solicitado os seus dereitos laborais. "Está no cargo porque ninguén máis quería ocupar o posto de verdugo do galego, que el exerce con tanta frialdade", "Deixar sen traballo 476 persoas porque solicitaron que se lles recoñecesen os dereitos laborais que deberían ter por Lei non parece propio de ningunha Administración nin debería ser un comportamento admisíbel en sociedade no século XXI", afirma o presidente, xa en funcións, da Mesa, Carlos Callón que define a García como "un pésimo gobernante". Pola súa parte, a vicepresidenta da Mesa, Susana Méndez entende que se non se garanten os cursos de aprendizaxe para adultos é imposíbel pensar nunha política de recuperación e revitalización da lingua. "Hai xente que quere aprender galego e á que a Xunta non lle dá esa oportunidade",denuncia, vinculando a precarización laboral do colectivo docente co desprestixio do idioma por parte do goberno de Feijóo. Marcos Maceira, tamén da dirección da Mesa, non dubida en lembrar que García "está no cargo porque ninguén máis quería ocupar o posto de verdugo do galego, que el exerce con tanta frialdade", e insiste na reclamación repetida por parte da Mesa dun xiro na política lingüística do goberno de Feijóo. |
NOS_37768 | Protestas nas cidades galegas con asembleas e concentracións en todo o país en resposta ao anuncio do goberno español de recortar dereitos d@s traballador@s deste sector. | A resposta de funcionarias e funcionarios da administración pública galega foi inmediata. Ao longo de toda a mañá celebráronse concentracións en varias cidades galegas en protesta polos recortes anunciados onte polo presidente do goberno español, Mariano Rajoy. En Compostela foi na explanada da cafetería de San Caetano, en Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo realizáronse diante do Edificios Administrativos correspondentes. A partir das 14:00 horas haberá unha asemblea na Dirección Provincial SERGAS. Imaxes: @PabloNunezGlez |
NOS_51726 | O Concello de Pontevedra mantivo unha reunión co sector cultural da cidade e anuncia que haberá que "reinventar" o actual sistema. | O Concello de Pontevedra retomará os espectáculos culturais con pouco público en xuño. Un deles será o Cineclube, que manterá un número presencial de espectadoras e espectadores reducido. A mesma medida rexirá tamén no Teatro Principal que contará cun máximo de 60 persoas e o auditorio do Pazo da Cultura, con 90. O alcalde dese municipio, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou tras unha reunión con distintos representantes do ámbito creativo da cidade, que a partir de agora os espazos de rúa serán "fundamentais" na recuperación da cultura. Reinventar a actividade cultural da cidade Nese encontro participou tamén a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, que informou que o sector baralla fórmulas como "duplicar ou triplicar as sesións dos eventos" e que a administración local se implique no proceso de creación e que colabore "no acompañamento e non tanto na exhibición" dun produto final. A edil de Cultura sinalou que a partir deste primeiro encontro co sector o concello tratará de ter un "enfoque cultural diferente ao que se fai noutras cidades", para o que deberá "adaptarse" e manter reunións periódicas para "traballar en rede con todo o sector" co propósito de "manter o máximo número de actividades". Neste sentido, asegurou que será necesario "ver que liñas se poden poñer en marcha e adaptarnos á lexislación". Como resumo, Fernández Lores sinalou que se abordou a necesidade de "reinventar toda a actividade cultural nos espazos públicos e fechados", e "apostar pola cultura propia", para valorar a "gran potencia creativa" que ten Pontevedra e Galiza. "Non será sinxelo, pero temos unha vantaxe que é o espazo público da cidade de Pontevedra", concluíu. |
NOS_50047 | O sector esgotou o tope, que cualifica a día de hoxe de "insuficiente". | A campaña da sardiña, especie que supón o recurso principal para non poucas embarcacións da frota galega, remata o vindeiro 1 de novembro mais os barcos cerqueiros galegos non poden capturala desde finais da semana pasada ao se esgotar a cota fixada para o caladoiro cantábrico e noroeste, perto de 9.000 toneladas. De querer seguir a pescar sardiña, os barcos galegos do cerco deben de mercar cota a armadores do caladoiro de Cádiz, no sur do Estado español. "É unha constante nestes últimos anos, o pasado mercamos máis de 600 toneladas alí", apunta a Nós Diario Alberto Castro, secretario da Asociación de armadores do cerco da Galiza, Acerga, que representa 110 embarcacións que traballan esta arte pesqueira. O motivo da situación, explican, é unha repartición da cota da sardiña desde Bruxelas —e coa 'compracencia' do Estado español e a Xunta— que consideran "claramente inxusta" e que entenden que prexudica a frota galega, como advertira a inicios da actual campaña Andrés García, tamén da asociación galega representante de cerqueiros: "Galiza fica sen cota suficiente". Gonzalo Rodríguez, profesor da USC: "O pesimismo está a estenderse entre pescadores e armadores" Repartición "desigual" Este ano a cota para o caladoiro do norte do Estado foi maior que en exercicios anteriores mais o sector incide en que segue a ser insuficiente. Unha denuncia clara da situación é a que fixo a través dun vídeo o armador do cerco de Sada Manuel Presas: no reparto conxunto da cota de sardiña entre Portugal e o Estado español, Portugal recibe "67% desa cota malia que ten só 110 barcos de cerco censados" e o Estado fica con 33% "malia que xa só na Galiza hai 150" destes buques pesqueiros. "A que se debe esta negociación? Como pode ser?", pregunta un indignado Presas. "Están a especular co noso futuro". Na mesma liña, Alberto Castro lamenta que "parece que non haxa vontade política, nin aquí [pola Xunta] nin alí [polo Goberno español] para mudar esta situación". "Son topes de captura moi pequenos para os barcos e non chega, debe de haber unha repartición máis xusta, e non só na sardiña, tamén noutras especies como o xurelo", apunta o secretario de Acerga. A esta situación engádese que a diferenza da Galiza ou Euskadi, os cerqueiros do sur do Estado xestionan a súa cota de sardiña de forma individual, co cal poden transferila a outras frotas, é dicir, vendela. Para Manuel Presas, iso dá marxe para que haxa "especulación" por parte dalgúns armadores do sur. 30 asociacións pesqueiras da Galiza fan fronte contra o feche de caladoiros Afirman que hai unha abundancia de sardiña Andrés García como Alberto Castro defenden que actualmente hai unha abundancia de sardiña nas augas do caladoiro que permitiría ampliar os topes e cotas de captura. "Os científicos —responsábeis de analizar e determinar os stocks das distintas especies existentes en augas comunitarias— teñen que ver que a recuperación deste recurso é boa", apunta Castro. A actual campaña da sardiña abriu este ano de forma anticipada, a principios de abril, a petición do sector. Un total de 14.827 toneladas foi a cota de sardiña para toda a frota do Estado español. A frota galega perdeu 25% dos seus barcos desde 2004 Unha frota pesqueira sen parangón en Europa, como era a galega, certifica ano tras ano a súa perda de barcos e tripulacións, nun descenso constante que deixa pegada en todos os segmentos, desde a frota artesanal que faena no interior das rías até os grandes barcos que traballan na grande altura. En 2004 o censo da frota galega era de 5.565 embarcacións fronte ás 4.237 que ten na actualidade, 24% menos. Unha perda en menos de dúas décadas de 1.300 embarcacións. A frota artesanal, a máis numerosa, componse agora de 3.767 embarcacións fronte ás case 4.900 que tiña en 2004. En grande altura, a pescaría en augas internacionais, pasouse de 121 buques a 103, unha mingua de case 15%. No que atinxe á pesca de altura— augas comunitarias— a Galiza ten agora 76 barcos cando no 2004 tiña 144: perdéronse 48% dos barcos. |
NOS_48675 | O Goberno español levará adiante 61 campañas informativas sobre as actuacións dos seus ministerios. | O Consello de Ministros do goberno español aprobou destinar máis de 35 millóns de euros a publicidade institucional, unha cifra coa que se sufragará a posta en marcha de 61 campañas institucionais, das que de las que 40 corresponden aos Ministerios de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente; Educación, Cultura e Deporte; e Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Curiosamente, os departamentos onde se están a dar as maiores "tesouradas". A vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, destacou que o Goberno espaol recortou máis dun 56% en comunicación institucional a respeito de exercicios anteriores. |
NOS_42516 | A formación independentista apela a estar á altura da "demanda das bases sociológicas" do soberanismo a prol dunha "unidade de açom" para o Día da Patria. No marco desa "eventual" mobilización unitaria sitúa o cortexo independentista que convida a impulsar. | Causa Galiza informa nun comunicado da súa "predisposiçom positiva" a un formato que posibilite unha mobilización unitaria do soberanismo para este 25 de xullo, posición que mantén embora, afirma, o formato "nom satisfaga" a totalidade dos contidos propostos por esta formación cando puxo sobre a mesa a iniciativa dun diálogo para procurar a unidade neste Día da patria. CG recoñece que existe unha demanda nas "bases sociológicas" do soberanismo a prol desta unidade. E anuncia que nunha "eventual mobilizaçom conjunta" aposta por impulsar un bloque "rupturista" e "independentista", se ben rexeita "capitalizar politicamente" tal bloque ou 'cortexo'. Por iso, di, renuncia a "a ser a entidade convocante da campanha e da mobilizaçom. Pretendemos assim que a cessom do protagonismo político facilite a exibiçom do vigor e a amplitude dum espaço sócio-político que, embora desarticulado política e organizativamente, tem umha firme perspetiva independentista e de rutura com o regime espanhol e o sistema capitalista". O que si mantén a formación independentista é a 'Romaría popular', a celebrar na tarde do 25 de xullo, como punto de convivio e encontro do independentismo. |
NOS_43703 | Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza é un libro que compila artigos, relatos e imaxes ao redor da Galiza LGBTIQ+ de onte e de hoxe, con máis de vinte persoas e entidades colaboradoras, baixo o auspicio de Através Editora. O proxecto atópase en plena campaña de micromecenado mediante a plataforma Verkami, coa que procura reunir as axudas necesarias para sacar adiante a edición. Conversamos co editor do volume, Daniel Amarelo. | Cóntenos, cal foi a cerna de Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza? O libro Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza (inadaptadas, inadaptados, inadaptades... o bo do "x" é que se pode ler de diferentes maneiras) comezou hai xa practicamente un ano. Son editor na Através, un proxecto activista, sen ánimo de lucro, e falando co equipo decatámonos de que na Galiza se estaban desenvolvendo moitas cuestións relacionadas con temas de sexualidades non normativas, de diversidade sexual e xenérica, mais non había unha edición que recollese todos estes debates. En cambio, si que había, sobre todo a raíz dos 8-M masivos dos últimos anos, produtos editoriais de éxito na Galiza sobre feminismos. Achei que sería un acerto poder facer un proxecto colectivo no que se involucrasen persoas que traballan dalgunha maneira co tema LGBTIQ. Desde o primeiro momento pensei nun proxecto colectivo que implicase xente que traballa en literatura, nas ciencias, no teatro, en historia, na creación cultural e, sobre todo, no activismo. Propúxenlle a idea á editora e deume vía libre. O libro preséntase como unha aposta pola pluralidade, en varios niveis. Quería que este libro cuir, diverso, tamén o fose na súa propia xestación. Demos liberdade aos autores e ás autoras para falar daquilo que máis lles gustase. Intentamos facer un relato alternativo, desde a estrutura. Comezamos cunha primeira parte de mapeamentos, con textos de Chus Nogueira, Gena Baamonde, Afonso Becerra e Xosé Manuel Buxán sobre a creación artística na Galiza desde a óptica cuir ou sexodiversa. A segunda parte céntrase en desafíos: Candela Barro trata a realidade do xornalismo no mundo LGBTIQ, Iria Veiga, médica psiquiátrica, desmonta falsos mitos, e Ana Ojea, profesora do Politécnico de Vigo, trata a cuestión da escola. A esta séguelle outro bloque de percursos, con relatos máis persoais, máis biográficos, da man de Danny Barreto, profesor, Xácia Ceive, de Sete Outeiros, e Ângelo Merayo, profesor de portugués para refuxiados en Lisboa. A seguinte sección é de arquivos e nela tratamos a historia do activismo LGBTIQ na Galiza, desde eses primeiros pasos pola loita da liberación sexual nos anos 80 e 90, da man de Antón Lopo. Neste mesmo apartado, Carlos Callón céntrase na narrativa tradicional, Daniela Ferrández fala sobre o termo trans, que pode ser problemático, e Mario Regueira reflexiona sobre a literatura galega como cuir. Xa por último, achegamos unha pequena parte de poesía, entre aspas, coas pegadas de Jesús Castro e Andrea Nunes Brións, e tamén xuntamos as experiencias dos colectivos Arelas, Avante LGBT, Coletivo Agrocuir da Ulloa e Nós Mesmas. Por que é necesario que a xente apoie este libro? O tema cuir está bastante visíbel, mais é necesario descubrir outro relato. Temos referentes a nivel internacional, mais se non sabemos nós o que hai de sexo diverso nas nosas circunstancias, na nosa terra, no noso país, é moi difícil non caer en dinámicas que ao final son normativas. Está ben o orgullo de Madrid, mais nós temos as nosas particularidades, a nosa visión da diversidade sexual. Estes relatos que achegamos son propostas. É importante que a xente adquira o libro para ver que se propón e poder entre todas dialogar e debater a sexualidade e a liberdade, é unha oportunidade que non debemos perder na altura histórica na que estamos, na que hai unha cantidade de discursos retrógrados que nos asoballan. En toda esta dinámica irmos procurando o noso lugar pode ser interesante e este libro é unha peza importante. |
PRAZA_4549 | Que acontece coas mulleres anos depois de querer abortar e non poder facelo? Un estudo realizado nos Estados Unidos sinala que as que non puideron abortar sofren maiores problemas económicos e de saúde e, ademais, están máis expostas á violencia machista. | O aborto é un tema moi delicado que, a pesar das trabas que algúns procuran impor, recibiu bastante atención por parte da ciencia médica. Con todo, apenas sabemos nada sobre os abortos que non tiveron lugar, é dicir, sobre as consecuencias do parto para unha muller que quixo interromper o seu embarazo e non puido. Co obxectivo de cubrir este baleiro, un grupo de investigadoras da Universidade de California en San Francisco (UCSF) leva oito anos estudando a mulleres que non lograron abortar aínda que querían e finalmente tiveron que dar a luz. Este traballo, que segue en marcha e se denomina Turnaway Study (estudo do rexeitamento), ofrece un duro retrato sobre a realidade destas nais: unha das conclusións máis impactantes é que as mulleres que quixeron abortar e non puideron multiplican notablemente o risco de pasar penurias económicas. "As probabilidades de caer na pobreza multiplícanse por tres ao cabo de dous anos", concreta para Materia a principal investigadora do proxecto Turnaway, Diana Greene Foster. "As mulleres ás que se lles nega un aborto desexado son moito máis propensas a vivir baixo os límites da pobreza dous anos despois. Curiosamente, mostran un gran aumento do uso da asistencia pública, como cupóns de alimentos e outros apoios financeiros, pero non son suficientes para compensar a chegada dun membro adicional da unidade familiar", explica Foster. Esencialmente, o que ocorre é que a principal razón pola que as mulleres acoden a unha clínica a interromper o seu embarazo nos EUA é o diñeiro, porque carecen de recursos económicos suficientes para manter a un fillo. "Elas sabían que non podían permitirse un neno e resulta que estaban no certo", resumía nunha entrevista recente en Propublica Tracy Weitz, que até agora dirixía o grupo de saúde reprodutiva da USCF. Só o 9% destas mulleres deu en adopción o seu vástago. Ter un fillo é caro e son moitas as nais que, ademais, ao contar con esa carga teñen problemas para manter un traballo mentres coidan dun bebé. As mulleres que abortan non sofren máis problemas mentais que as que non o fan, segundo o estudo "As nosas principais conclusións son que levar a termo un embarazo non desexado asóciase cun maior risco de complicacións na saúde física, maior probabilidade de caer na pobreza, menos posibilidades de conseguir un traballo e un gran aumento da dependencia de axudas públicas, así como ningunha diferenza en canto á saúde mental en comparación con ter un aborto", resume Foster. Segundo explica esta investigadora, as complicacións de saúde foron moito máis numerosas entre as nais que entre as que lograron abortar. Estas últimas, por certo, non só non teñen problemas físicos senón que ademais tampouco sofren ningún tipo de problema de saúde mental tras o aborto. "O risco físico de dar a luz é maior que o de abortar tanto en España como nos EUA. As mulleres do noso estudo sufriron complicacións máis graves no parto que cun aborto, e a maior incidencia dáse en enfermidades crónicas como hipertensión e dor pélvico crónico?" indica Foster, cuxo traballo ten que ser financiado por organizacións privadas porque a lei federal dos EUA prohibe expresamente financiar estudos sobre o aborto. "Cando o Estado impide abortar cárgase a si mesmo co peso económico do coidado da saúde da muller e coas axudas para alimentar unha boca máis" Deste xeito, cando o Estado impide abortar a unha muller cárgase a si mesmo co peso económico do coidado da saúde desta e coas axudas e subsidios que lle terá que proporcionar para que poida vivir alimentando a unha boca máis e sen poder traballar. Preguntada pola situación que vivirán as mulleres españolas se se aproba o anteproxecto de reforma da Lei do Aborto que formula o Goberno de Mariano Rajoy, Foster ataca directamente o asunto económico: "Se a asistencia social fose máis xenerosa que nos EUA, as mulleres non deberían sufrir moito, aínda que o gasto público polas prestacións será alto. Se as axudas do Goberno son pouco xenerosas, a carga financeira descansará máis nas mulleres e as súas familias", advirte. Máis vulnerables á violencia machista No caso de que o acabado de nacer conte con malformacións, como pretende o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, a carga económica para as nais será moitísimo maior. "As leis de aborto restritivas propóñenas políticos que non teñen en conta as consecuencias que sufrirán as mulleres e as súas familias", zanxa. Por exemplo, as mulleres obrigadas a parir son máis vulnerables á violencia de xénero: un ano despois de negárselles o aborto, o risco de sufrir malos tratos por parte das súas parellas dóbrase fronte ás mulleres que si abortaron. O risco de sufrir malos tratos duplícase nas mulleres que quixeron abortar e non puideron Na mostra coa que traballan comparan a mulleres (1.000 voluntarias) que lograron interromper o seu embarazo, a aquelas que tiveron que parir e ás que foron rexeitadas para o aborto nun clínica pero conseguiron abortar noutro lugar. Os motivos polos que puideron rexeitalas son diversos, desde a falta de seguro médico á obesidade, pero o eixo son as mulleres que foron á clínica cando o embarazo xa estaba demasiado avanzado (máis aló das 20 ou 22 semanas de xestación). Ademais, nos EUA o custo dun aborto vai desde os 543 dólares (400 euros) na semana 10 de xestación até os 1.562 (1.140 euros) que custa na semana 20. Segundo Foster, en Europa non hai literatura científica relativa a este asunto, salvo o "avó" do seu estudo, realizado en Checoslovaquia en 1961-62 con nais ás que se lles negou abortos, realizado por Henry David e que se centraba na situación dos nenos "non desexados" e non tanto o das súas nais. Actualmente, o estudo Turnaway está a traballar para obter conclusións máis aló do caso estadounidense, e xa están a recompilar información de Bangladés, Colombia, Nepal, Sudáfrica e Tunisia para pescudar o que ocorre coas mulleres ás que lles negaron abortos nestes países. Estudo Turnaway Anteproxecto de lei do aborto |
NOS_40439 | O choque Vigo‑A Coruña que acompañou a Lei de Ordenación do Sistema Universitario Galego de 1989 reedítase 30 anos despois, só que nun escenario moito máis complexo e poliédrico onde os protagonistas xa non son uns alcaldes con pulsións localistas como Soto e Vázquez. O dono de Abanca e varios dos empresarios máis importantes do norte da Galiza compiten por un suculento negocio nun xogo de poder no que Feixoo xa escolleu bando. Outros importantes dirixentes populares dividíronse en dúas faccións con intereses contrapostos. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 365 do semanario en papel Sermos Galiza. | O panorama universitario galego está moi perto de mudar para sempre, pero non exactamente na maneira en que os grandes medios de comunicación que se limitan a reproducir a versión oficial de Abanca repiten unha e outra vez. Detrás da propaganda sobre a "primeira universidade privada da Galiza" agóchase un conflito entre empresarios ao máis alto nivel e a recuperación do clásico choque Vigo‑A Coruña pola supremacía política e económica no país. Cando a Xunta recibiu a solicitude por parte de Afundación para o recoñecemento da nova Universidad Internacional de la Empresa –UIE–, Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, premeu a espoleta para o inicio das hostilidades entre o seu proxecto e o que paralelamente desenvolve Venancio Salcines co Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia –Cesuga–. Esta contenda non dará lugar a ningún enfrontamento directo entre ambos os dous bandos, mais deixará varios caídos e obrigará todas as partes involucradas a se posicionaren, algo que xa está a suceder. Escotet, sabedor de que quen golpea primeiro golpea dúas veces, gañou o apoio pouco disimulado da administración galega, como veñen confirmando coas súas declaracións a conselleira de Educación e o secretario xeral de Universidades. Ademais da súa proximidade con Feixoo, conta con outras bazas ao seu favor, como o músculo financeiro de Abanca ou a idea de repartir café para todos, situando o reitorado da nova universidade en Compostela e contando con campus na Coruña, Pontevedra e Vigo, estando nesta a sede principal. Precisamente este último punto foi unha das claves para que dentro do PP se rompese a imaxe monolítica que sempre intenta transmitir e se conformasen dúas faccións, segundo confirman fontes internas. Por un lado está a do sur da Galiza, próxima ao plan de Escotet, e por outro, a do norte, que non ve a xogada do presidente de Abanca como propia, ao contrario do que sucede coa promovida por Cesuga e Salcines. O Cesuga ten case 25 anos de existencia e na actualidade opera como centro adscrito á Universidad San Jorge de Zaragoza –unha das peores do Estado segundo un estudo da Fundación BBVA–, o que lle permite expedir títulos oficiais de grao en Administración e Dirección de Empresas –ADE–, Arquitectura, Tradución e Comunicación, Publicidade e Relacións Públicas. Este é o xermolo sobre o que Venancio Salcines, antigo profesor da UDC e presidente da Escola de Finanzas Business School de Oleiros –competencia directa do actual Ieside Business Institute de Abanca–, pretende construír a medio prazo unha "universidade privada de referencia" na Coruña, con personalidade xurídica propia e sen depender dun terceiro actor. Para logralo o Cesuga realizou en xullo unha ampliación de capital, dando entrada no seu accionariado varios dos empresarios máis importantes da zona, encabezados por Ignacio Rivera, de Hijos de Rivera; o ex presidente do Deportivo Tino Fernández, de Altia; Francisco Cernadas, da construtora Incoga; ou Manuel Pose, de Alumán. A maiores, fontes próximas a este proxecto confirman que se agarda que Concello e Deputación da Coruña –encabezadas polo PSOE– "non poñan moitos obstáculos" ás ambicións de Salcines, un home conservador pero con boa relación cos socialistas, como demostra o feito de ter sido concelleiro de Facenda para o histórico Antonio Varela Saavedra en Cambre unha década atrás. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 365 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_18452 | Goleada dos andaluces (3-0) a un Deportivo que careceu de ideas e ánimo. | Unha vitoria no Carranza podía levar os coruñeses a liderar a táboa da Liga 123 mais do estado gaditano o Dépor trae cero puntos e tres goles en contra máis. Non tiveron o seu día os deportivistas, sen ideas e mesmo sen ánimos durante varios períodos do encontro, algo que o Cádiz non desaproveitou. O resultado (3-0), porén, hai que matizalo: dous dos goles chegaron na recta final do partido. Os primeiros quince minutos non deixaban un control claro da situación paa ningunha das equipas. Na primeira ocasión clara do partido, o Cádiz marcou o primeiro gol grazas a un roubo con internada de Jairo Izquierdo cuxo centro foi rematado por Lekic. A primeira oportunidade do Dépor non foi até dez minutos despois, no 25, cun tiro alto de David Simón após un servizo lateral. Houbo a partir de aí varias ocasións de ambas as dúas equipas. Os coruñeses, procurando o empate e os gaditanos movéndose no que se sinten máis cómodos: o contragolpe. Na segunda metade volveu haber cambio de golpes, de oportundiades. Mais na recta final o contragolpe do Cáfiz foi máis efectivo e callou en dous novos goles. Ficha técnica: Cádiz CF (3): Cifuentes, Rober Correa, Kecojević, Marcos Mauro, Brian, Garrido, José Mari, Álex Fernández (Carrillo, min. 90), Manu Vallejo, Jairo (Carmona, min. 86) e Lekić (Dani Romera, min. 75). RC Deportivo (0): Dani Giménez, David Simón, Somma (Carles Gil, min. 82), Domingos Duarte, Pedro Marí, Diego Caballo, Edu Expósito (Fede Cartabia, min. 72), Álex Bergantiños (Krohn-Dehli, min. 46), Vicente Gómez, Borja Valle e Quique. Goles: 1-0 Lekić (min. 15); 2-0 Manu Vallejo (min. 79); 3-0 Carrillo (min. 90+4). Árbitro: Díaz de Mera Escuderos. Amoestou Pablo Marí (min. 28), Domingos Duarte (min. 45+1), Marcos Mauro (min. 72), Jairo (min. 85), Carmona (min. 90+2) e Cifuentes (min. 90+2). |
NOS_21311 | A medida está incluída nunha polémica ordenanza de limpeza aprobada co visto e prace de PP, PSdG-PSOE e a formación independente conservadora Cidadáns por Betanzos. A norma volve estar de actualidade porque tamén alenta a censura: esixe un aval bancario e a autorización previa do goberno local para repartir propaganda pola rúa. | O goberno local de Betanzos, presidido por José Ramón García Vázquez (PSdG-PSOE) decidiu impor unha multa de 100 euros ás persoas que procuren comida nos colectores do lixo. A medida non é nova. Está incluída nunha ordenanza municipal aprobada en 2012 co visto e prace de PP e Cidadáns por Betanzos, para alén do propio partido do goberno. A norma está de actualidade porque comezou a se aplicar, incluíndo para alén destas sancións un paso adiante cara á censura: o Concello esixirá un aval bancario e autorización previa do executivo municipal a quen queira repartir propaganda pola rúa. É dicir, se alguén quixera distribuír voandeiras en contra desta ordenanza, por exemplo, tería que contar coa autorización do mesmo goberno que a aprobou. Así, de maneira concreta, a norma sinala no apartado 9 do artigo 5º: "prohíbese rebuscar, fozar e extraer elementos depositados en lixeiras e recipientes indicados na vía pública". Na táboa de sancións, a esta práctica correspondería unha multa de até 100 euros. E o artigo 30 do Título III dispón que serán denegadas "mediante resolución motivada aquelas solicitudes que conteñan anuncios contrarios á Constitución, á lexislación vixente, ás ordenanzas municipais ou que induzan ao incumprimento de calquera norma". Malia todo, d@s 17 edís que forman a corporación betanceira, a normativa unicamente recibiu dous votos en contra emitidos pol@s representantes do BNG. |
PRAZA_18520 | Se chegasen a sumarse os dous salarios dependentes da Deputación á remuneración como alcalde o rexedor becerrense percibiría 163.219 euros anuais, se ben dende o goberno provincial avanzan que os Orzamentos de 2019 non incluirán estas partidas | O actual mandato na Deputación de Lugo comezou marcado pola sesión de investidura na que o alcalde de Becerreá, o histórico militante do PSOE Manuel Martínez, dera o goberno da institución ao PP como vinganza contra o seu partido pola negativa a que fose candidato á presidencia pola negativa do BNG a investilo -o Bloque negárase porque Martínez estaba imputado a causa da denuncia dun alcalde do PP, xa arquivada-. O goberno dos populares durou apenas catro meses e o rexedor becerrense iniciou unha senda de entendemento co grupo de goberno que o levou á vicepresidencia do ente provincial e tamén á presidencia da sociedade urbanística provincial Suplusa. Se chegasen a sumarse os dous salarios dependentes da Deputación á remuneración como alcalde o rexedor becerrense percibiría 163.219 euros anuais, se ben dende o goberno provincial avanzan que os Orzamentos de 2019 non incluirán estas partidas Aspectos concretos da xestión de Suplusa -reclamou, por exemplo, que esta sociedade xestionase as residencias de maiores que impulsa a Deputación- estiveron na cerna dunha nova serie de desencontros de Martínez cos seus compañeiros socialistas. O rexedor de Becerreá volveu votar co PP e o PSOE iniciou un novo procedemento de expulsión, mentres que el ratificaba tamén a súa marcha do partido, a súa permanencia na Deputación como deputado non adscrito e mais a súa vontade de concorrer ás eleccións municipais de 2019 como candidato independente. Este é o pano de fondo co que quen durante lustros foi rostro da oposición ao PP lucense en tempos de Francisco Cacharro Pardo vén de ver a porta aberta a chegar a cobrar o duplo que o presidente da Xunta grazas aos votos, precisamente, dos populares. A pasada primavera, cando foi destituído como vicepresidente da Deputación, o Concello de Becerreá ratificaba un soldo para o seu alcalde por 40.804 euros anuais en concepto de dedicación exclusiva, que entrou en vigor en abril. En setembro deste mesmo ano Martínez formulou unha moción no pleno da Deputación para que o ente provincial o dotase "dunha dedicación exclusiva" como deputado non adscrito, o que equivale a 50.567 euros anuais. Martínez, votando co PP nun pleno da Deputación de Lugo / Praza Pública Con este pano de fondo este mesmo luns Suplusa celebraba o seu consello de administración, presidido por Martínez e coa presenza dos deputados do PP -os membros de PSdeG e BNG non participan deste órgano porque defenden que, tras última modificación estatutaria, o seu funcionamento é irregular e impulsan nos xulgados que a sociedade sexa disolta-. Tiña sobre a mesa o plan de actuación e investimento para 2019, que inclúe unha dotación de 71.848 euros en concepto de "persoal órganos de goberno", isto é, de soldo para o seu presidente. A suma da retribución do Concello e das dúas da Deputación, estas apoiadas polo PP, chegaría daquela aos 163.219 euros. Ou, o que é o mesmo, algo máis do duplo do que cobra o presidente da Xunta, cuxa retribución actual é de 80.818,23 euros anuais entre salario bruto (74.599,62 euros) e trienios como funcionario. Dende o goberno que preside o socialista Darío Campos non se oculta o malestar cos votos a prol do PP a estas substanciosas retribucións para Martínez, se ben lembran que as dúas dependentes da Deputación -como deputado non adscrito e como presidente de Suplusa- dependen da inclusión das correspondentes partidas nos Orzamentos provinciais para 2019. E isto, avanzan, non sucederá. Mentres, dende o PP sinalouse que o acordo adoptado no consello de Suplusa entra dentro da legalidade. A súa voceira, Elena Candia, resaltou ademais que o orzamento aprobado inclúe proxectos relevantes para a formación, como os relativos a polígonos industriais. |
NOS_10465 | Roman@s e castrex@s volven poboar a cidade da Muralla: durante tres días, Lugo retrocede no tempo ata o século II. | Un ano máis (e xa van 11!), Lugo prepárase para vivir o Arde Lucus na rúa: toda a cidadanía disfrázase e implícase para gozar da festa, nos campamentos militares, no Macellum (mercado de artesanía), ou no Circo Romano, onde non faltan gladiadores nin carreiras de cabalos. É un momento máxico para @s namorad@s casaren segundo as vodas tradicionais celtas ou romanas. Tamén terán lugar desfiles de lexións romanas e familias e poboados celtas, espectáculos de lume, maxia, e conta contos, teatro, concertos e gastronomía. Os festexos comezan xa este venres 23, coa inauguración do Macellum na Praza Maior ás cinco da tarde. Nesta xornada haberá tempo para o teatro (Memorias dun vello castrexo, co colectivo do Fingoi, Do mito de mitra, co grupo Achádego, Bacanal, coa asociación Alas, ou Emperator, que pensas? Fala!, con Hipócrita Teatro). Tamén para pequenas actuacións polas rúas: a do recadador de impostos, a do fauno, a historia de Venus, Vulcano e Marte... Ademais, será o día da irmandade entre tribos castrexas e tropas romanas, dos bautizos celtas (coa asociación Ilusión-Arte), e das olimpiadas entre clubes deportivos da cidade. Ás doce da noite pódese acudir ao Circus Romano, para o que a entrada custa 2 euros. O programa completo para os tres días pode consultarse na páxina web do Arde Lucus. |
PRAZA_6466 | Asistimos entón a unha sibilina batalla entre o imperio do probábel instituído e o reino do posíbel destituínte. Onde a acción política transformadora difumínase nun telemarketing dialéctico, que nunha especie de espectáculo político a golpe de zapping, pretende conformar non tanto unha resposta senón un lugar de catarse que procura o que necesita ser escoitado | A realidade do político semella moverse entre a certeza do "probable" e a suposición do "posíbel". Sisudos intelectuais analizan un proceso político ao abeiro das condicións económicas sistémicas enraizadas na sincronía do tempo. Unha especie de amnesia colectiva selectiva. Como se antes do 15-M non houbera unha sociedade latente da carencia e malestar. E como se agora, polo mero feito de facerse manifesta, fora mudar a xeoestratexia das institucións e o político partidario. A realidade do político semella moverse entre a certeza do "probable" e a suposición do "posíbel" Intención honorable, a do cambio. Fundamentado en que? Unha especie de proxectos cidadáns baixo o epígrafe de "mareas" comezan a agromar. A Galicia urbana é unha, pero a Galicia rural é outra. Xa o sabemos. A primeira anhela a recuperación de redes de solidariedade e apoio que a segunda xa non ten. E a segunda, un apoio de excedente demográfico que da primeira non semella querer desprenderse. O mantra do "xa e agora" electoral é "a paralización dos desafiuzamentos", si, e despois, que? Vaise construír unha arquitectura impositiva equitativa que penalice ao propietario de vivenda abandonada-baleira? A urxencia dos procesos electorais altera o biorritmo social; partidos asustados polo seu derrocamento (tanto os rexentes no poder, como os aspirantes ao mesmo), poboación confusa entre marasmos de corrupción, soflamas populistas e sen un horizonte claro canda o que construír. Nesa urxencia fálase de desafiuzamentos, realidade que non conleva só a supresión do acto (que unha persoa fique na rúa sen alternativa residencial) se non a re-formulación do medio que o orixina (dereito a vivenda-dereito a propiedade). Un dereito, non se mendiga ou sectorializa (vivenda social) formúlase, deséñase e realízase. O dereito á propiedade (privada ou persoal) é unha cousa que para filósofos como Balibar ou Negri se constitúe como un dereito económico do sistema. E o dereito á vivenda, outra ben diferente. Namentres aumentaba o proceso económico de facilitación de crédito financeiro para obtención dunha vivenda, reducíase a posibilidade política da formulación dun verdadeiro dereito habitacional, fundamentado no seu acceso universal, e non na súa propiedade sectorial. O mantra do "xa e agora" electoral é "a paralización dos desafiuzamentos", si, e despois, que? Vaise construír unha arquitectura impositiva equitativa que penalice ao propietario de vivenda abandonada-baleira? Vaise controlar o prezo do alugueiro garantindo o uso social da vivenda, por riba do lucro? Parqué público de vivendas de bancos rescatados publicamente, antes de que pasen a mans de fondos de inversión nun dos movementos especulativos mais clamorosos das últimas décadas? Van deixar de supoñer as rendas dos pisos sociais (terríbel nomenclatura) máis do 40% dos ingresos dun fogar? Vai deixar a economía pública de axudar o capital financeiro vía pago de axudas ás hipotecas (isto pasa tamén no sector automobilístico financiando o estado a adquisición dun ben persoal, cando as políticas de mobilidade colectiva son as que son)? Non se trata tanto dun benestar sintético colectivo, coma dun dereito básico nunca formulado nin realizado. Asistimos entón a unha sibilina batalla entre o imperio do probábel instituído e o reino do posíbel destituínte Esta violencia estrutural, cimentada ao redor da débeda, ficou explicitada ao abeiro da desobediencia á lei que fixo evidente o violento dun orde xurídico imposto, ate entón normalizado, e afastado da satisfacción das necesidades básicas e cimentado sobre o consenso do mantemento dos privilexios de clase. Só a contradición entre un precepto abstracto universal (dereito a vivenda) e súa aplicación concreta (só posible baixo renda de emprego ou tenencia en propiedade do ben inmobiliario) fixo emerxer o posible como lugar a conquistar. Asistimos entón a unha sibilina batalla entre o imperio do probábel instituído e o reino do posíbel destituínte. Onde a acción política transformadora difumínase nun telemarketing dialéctico, que nunha especie de espectáculo político a golpe de zapping, pretende conformar non tanto unha resposta senón un lugar de catarse que procura o que necesita ser escoitado, pero non a formulación-acción do que require ser conquistado. Só cando os proxectos transformadores xa foron formulados e practicados ao longo da nosa cartografía colectiva, e a covardía e a compracencia deses nos que se delegou foi meirande que a necesidade que nunca se preocuparon por resolver, a oportunidade de cambio convértese en real, e semella, novamente, que o show de oportunismo e cargo electoral da esquerda, rematará dando o último empurrón á conciencia autoxerida e combatente que xa sabe recoñecer o embaucador electoral sen tónicos milagreiros. |
NOS_42129 | Galiza é, se non o único, dos poucos territorios nos que se pode encher o carro da compra con produtos locais. Ademais, conta con varias cadeas de supermercados que contribúen á promoción destas referencias. Eis un estrato da peza publicada no número 370 do semanario en papel Sermos Galiza. | É moi posíbel que cando vostede acuda a facer a compra ao supermercado que teña máis perto da casa non se deteña a pensar na procedencia dos produtos que bota á cesta ou ao carro da compra. Se o fai, decatarase de que moitos deles teñen a súa orixe na Galiza ou existe nos lineais algunha referencia con esta característica. En realidade, hai poucos territorios, por non dicir ningún, que poidan presumir de poder facer unha compra unicamente con produtos locais. Certo é que as cousas teñen cambiado moito nos últimos anos. O comercio tradicional está cada vez máis ameazado polas grandes superficies. Hai varias décadas as tendas de barrio fornecían as súas clientas con carnes locais, verduras da horta, ovos da casa e pan de forno de leña. O viño, tamén da terra, ao igual que a froita. Pero os hábitos de vida mudaron moito. O ritmo de vida leva a xente a apostar en pratos preparados ou precociñados, conservas ou refrixerados. Aínda con iso, as referencias de frescos locais mantéñense en todas as cadeas de supermercados. No resto de referencias é onde a xente presta menos atención.Os produtos conxelados galegos son fáciles de identificar, aínda que nos últimos tempos hai empresas que apostan en variedades até o de agora descoñecidas como hamburguesas de peixe ou mesmo sushi. Fortes en leite e conservas Galiza ten o privilexio de non ter rival nos supermercados en parte pola súa superioridade en sectores como o das conservas, onde o difícil é atopar unha marca que non sexa local. Mesmo se se trata dunha marca branca, o máis posíbel é que detrás estea unha firma galega. No sector lácteo, cando menos en leite fresco, Galiza tamén é líder en referencias. Non sucede o mesmo cos derivados, a pesar de contar cunha ampla gama de queixos e iogures. A nata (montada ou para cociñar), a manteiga ou o leite condensado son xa algo máis difíciles de atopar, pero diversos proxectos como o de Dairylac, que xa ten en funcionamento a súa torre de secado de soro en Melide, ou o de Inleit, que está a levantar unha factoría no concello de Curtis, prometen levar novas referencias ao mercado, tales como leite en po, manteiga e outros derivados de maior valor engadido. En augas, tamén son numerosas as referencias, igual que en licores. E en cervexas as preferencias das galegas parecen estar claras, aínda que as opcións á hora de escoller sexan máis abundantes. Grandes descoñecidos As sorpresas chegan noutras seccións, onde moitas das persoas consumidoras non imaxinan que poidan ter opcións de comprar produtos locais. Por exemplo, nos lineais de hixiene e limpeza a maioría de referencias corresponden a multinacionais como Henkel, Johnson&Johnson ou Procter&Gamble, pero tamén están os produtos de Disiclín, con sede en Silleda, ou o desengraxante Zorka, fabricado no Porriño. Nesa mesma sección, na parte de celulosas tamén hai que mirar na letra pequena para dar con algunha das referencias que fabrica Bopapel en Ponteareas. O mesmo que sucede, non moi lonxe de aí, coas vasoiras de Cepillos La Ibérica, de San Cibrao das Viñas. Promoción diferenciada As distribuidoras que operan na Galiza saben que no produto galego teñen unha bicoca. Sen ir máis lonxe, Gadis está a repartir estes días polos portais un folleto para promover estes produtos que leva por título Disfuta Galicia, disfruta Gadis (si, en castelán), cunha chamada na esquina na que lembran que unha cuncha identifica nos andeis dos seus estabelecementos os produtos que xeran emprego e riqueza na Galiza. No interior non faltan os cafés de Candelas, as pastas de Biscuits Galicia, os aceites Abril, as marcas de mel galego e viños e licores de todas as denominacións de orixe galegas. As marcas adoitan promover os produtos de orixe galega, mais moitas das veces fano sen empregar a lingua propia da Galiza En Froiz e Vegalsa‑Eroski, as outras distribuidoras galegas, tamén empregan iconas e bandeiras para diferenciar os produtos galegos, unha iniciativa que replican tamén o resto de cadeas, como El Corte Inglés, Carrefour e Alcampo e, en menor medida, Mercadona, que aposta nas súas marcas propias ou as brancas, detrás das cales tamén se atopan firmas galegas. A galeguidade en cuestión Hai uns anos tivo moita repercusión a venta de mexillón foráneo, principalmente chileno, que se comercializaba nos supermercados etiquetado como galego, unha fraude que levou a moitas zonas produtivas a rexistraren cadansúas Indicacións Xeográficas Protexidas, como poden ser Pataca de Galiza, Faba de Lourenzá, Mel de Galiza, Pemento de Herbón ou Pan de Cea, entre outras. Pero hai outro dato importante á hora de escoller un produto pola súa galeguidade para o cal non hai que fixarse na orixe, senón no destino. Concretamente no destino dos cartos, xa que algunha das referencias que se comercializan na Galiza están elaboradas na nación con materia prima local pero os beneficios van para unha matriz radicada fóra do país. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 370 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_16649 | A publicación do 'Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica' (Rinoceronte, 2022) traducido da súa lingua orixinal, a acadia, achega textos fundamentais para o desenvolvemento da humanidade. A obra presentouse esta sexta feira en Ribeira. O seu tradutor, Xosé Antón Parada, conversa con 'Nós Diario' do "proceso de vertido" ao galego e da trascendencia desta edición que agora ve a luz. | —Como naceu a idea de realizar esta tradución?A miña formación foi filosófica e teolóxica, estudei nun seminario, e aprendín hebreo. Daquela estaba de bibliotecario e tiven que catalogar toda a obra de Amor Ruibal polo que atopei varias edicións do Código de Hammurabi e outros textos acadios. Foi a miña paixón e dediqueime a estas linguas tamén coa idea de dotar ao galego de dignidade con respecto ás traducións que xa existían. Estes textos non estaban na nosa lingua nin había traza de que se fosen publicar, e decidín embarcarme na tarefa. —Foi difícil o proceso até rematar coa súa publicación?Pasei primeiro unha etapa dura de formación, entrando en contacto con varios profesores e algunhas universidades, sobre todo dos Estados Unidos de América que é onde se traballa máis estas linguas. A lectura de textos cuneiformes non é cousa doada. Presupón unha aprendizaxe de 900 signos distintos. Despois, ao principio non atopaba información no Estado español. Coa aparición de internet conseguín avanzar polo contacto con expertos como Miquel Civil, un dos mellores sumeriólogos do mundo que, após varias campañas en Iraq, pasou toda a súa vida na Universidade de Chicago. Dirixiu parte do meu traballo e achegoume moita información. —Que significado teñen estes textos dentro da historia universal?O Código Hammurabi supuxo un fito dentro da historia. Lémbrome que a un profesor de historia do dereito alguén do seu alumnado cuestionaba que o código defendía a lei do talión, a de "ollo por ollo", e a súa resposta era que "é mellor ter unha lei como esa que non ter ningunha". Supuxo a evolución da humanidade con respecto do que son as formas legais. Non foi o primeiro. Na edición que publicamos está o de Eshnuna e outros. En realidade está unha parte pequena da obra primitiva en xeral que non puido saír ao exceder o plan inicial e pasar de 500 páxinas. Están as compilacións legais máis importantes do período babilonio, por iso son catro obras. O Código de Hammurabi foi o máis importante tanto pola súa fixación por mantelo escrito como pola súa transcendencia social na época. Hai que ter en conta que se fixo nun momento en que o rei Hammurabi acababa de pacificar a contorna territorial. No prólogo e no epílogo xa di que esta obra é para que o pobre non sexa oprimido polo rico e o poderoso non oprima ao débil. A súa importancia, polo tanto, está en que foi un sistema de pacificación nun territorio que era, naquela altura, un crisol de distintas etnias. A nivel xurídico tamén tivo a importancia de ser unha das primeiras lexislacións que se fixeron públicas, mesmo ao estar no templo sagrado de Marduk, en Babilionia. Na propia estela aparece o deus Šamaš entregando a capacidade de dereito ao rei Hammurabi, desde un punto de vista relixioso tamén. —E que relevancia ten para a tradución galega?Temos que tomar conciencia de que unha lingua que se valore ten que contar con obras tan antigas traducidas. Son chanzos no nivel de formación cultural do noso pobo. As linguas, onde tamén se forxan, é na tradución. En verter dentro desa lingua as obras máis importantes da historia. —Que outros textos fundamentais habería que traducir?Estou rematando a tradución sobre o poema da creación, en babilonio, o Enuma Elish. Tamén traballo no poema Etana que fala da inmortalidade do ser humano. Por último teño pensado pór en galego a Epopea de Gilgamesh, o primeiro poema épico que hai na historia con versións sumerias e babilonias. |
NOS_14719 | Abanca é, xunto con Kutxabank, a única das entidades financeiras do Estado español que se resisten a dar o salto á Bolsa. Ibercaja, outra das que se mantiñan á marxe, vén de iniciar os trámites para debutar nos parqués antes de que finalice o ano. A entidade galega agardará a que suban os tipos para dar o paso. | Abanca non ten présa para saír a cotizar a Bolsa, pero cada vez está máis sola nesa decisión. Tanto, que só a entidade galega e a vasca Kutxabank, controlada polas antigas caixas de aforros de Euskadi, están camiño de se converter nas únicas grandes firmas financeiras cuxa evolución quede desligada do mercado bursátil. Ibercaja, unha entidade que leva tempo na boca dos analistas financeiros como posíbel parella de Abanca no baile de fusións, está a punto de dar o salto ao parqué. De feito, a entidade aragonesa vén de reactivar o proceso para saír a Bolsa, incluíndo a redacción dun novo folleto no que se inclúen as contas do primeiro semestre de 2021, ao entender que agora se dan as circunstancias para dar o salto. De momento a data non está definida, aínda que se barallan os meses de outono como posibilidade máis plausíbel. Antes, o 27 de agosto, reunirase o consello de administración da firma zaragozana para tomar unha decisión ao respecto, aínda que o proceso de saída non se podería activar até un mes despois. Outubro e novembro serían, pois, os meses nos que Ibercaja podería consumar o seu desembarco no mercado bursátil. Obriga legal Con todo, a situación de Ibercaja é moi diferente á de Abanca, mais non tanto á de Kutxabank. O banco aragonés debe saír a Bolsa para cumprir coa obriga legal de reducir a participación da Fundación bancaria ─controla 87,8% do capital─ por baixo de 40% antes de 2023, tal e como marca a Lei de Caixas. A andaluza Unicaja logrou esquivar en parte esta obriga coa fusión con Liberbank, mentres que Kutxabank, coas fundacións de BKK, Kutxa e Vital, optou por crear un fondo de reserva, a outra das posibilidades que contempla a lei e á que tamén se acollera Unicaja, para garantir o financiamento da entidade en situacións de dificultade. Abanca, ao ter a Juan Carlos Escotet como principal accionista, non está obrigada a acollerse a ningunha destas medidas. Porén, deixa a porta aberta a dar o salto á Bolsa, aínda que sen présa. En varias ocasións nas que Escotet foi preguntado a este respecto, o presidente de Abanca deixou claro que a saída a Bolsa é un obxectivo, pero de momento non a curto prazo. "Somos partidarios do maior desenvolvemento do mercado de capitais e do maior número de empresas cotizadas posíbeis. Iso está no noso ADN, está na nosa esencia. Pero lamentabelmente os momentos de mercado non son os máis propicios", afirmaba. Para que se den as condicións, apuntaba Escotet, os tipos de interese deben volver subir para que as marxes amosen a verdadeira potencia da entidade galega. Viaxe en solitario Kutxabank, Abanca e Ibercaja teñen en común a súa determinación para seguir a viaxe en solitario. Os recentes resultados dos test de estrés do Banco Central Europeo (BCE) avalan a súa capacidade para facelo. Aínda así, non se descartan movementos corporativos protagonizados por estas tres entidades. Kutxabank está no punto de mira do BBVA, que xa intentara un achegamento a entidade vasca xunto co Banco Sabadell. Ibercaja, pola súa banda, fecha a porta a calquera fusión, mentres que Abanca, cun exceso de capital de 1.573 millóns de euros, non desbota seguir crecendo con novas adquisicións, aínda que recoñece que as oportunidades cada vez son máis escasas. "É certo que esas opcións empezan a ser cada vez máis reducidas, pero non deixamos de ver ningunha posíbel oportunidade, sen perder de vista que a nosa aposta sempre vai ser tomada en conta sempre que sexa verdadeiramente complementaria, que permita xerar sinerxias e eficiencia e manter o noso modelo de gobernanza", apuntou Escotet hai unhas semanas, durante a presentación dos resultados semestrais da entidade. Ibercaja encaixa como parella de baile de Abanca, pois as súas áreas de negocio son complementarias. Co seu desembarco no parqué ábrese unha porta, ao igual que pasou no seu día con Liberbank, para que poida entrar na Bolsa vía crecemento inorgánico. |
PRAZA_10968 | Unha historia de amor e perda entre un home lobo e unha muller lúa. Contada a través dun debuxo a liña, moi sinxelo. Así é 'La Noche', de Martín Romero, a curta escollida polo xurado do FICBueu para o Premio R á mellor curtametraxe galega. Repasamos esta sección do festival pola que pasaron, entre outros filmes, o último traballo de Álvaro Gago | Unha historia de amor e perda entre un home lobo e unha muller lúa. Contada a través dun debuxo a liña, moi sinxelo. Así é 'La Noche', de Martín Romero, a curta escollida polo xurado do FICBueu para o Premio R á mellor curtametraxe galega. Sóubose na cerimonia de entrega de galardóns deste festival internacional que chegou este ano á súa duodécima edición, na que o filme romanés 'Cadoul de Craciun', de Bogdan Mureșanu, levou a Ánfora de Ouro, mentras que a Ánfora de Prata correspondeu á coprodución bielorrusa-alemá 'Lake of hapiness', de Aliaksei Paluyan. 'La Noche' é unha curta de animación que desenvolve dous personaxes procedentes dun libro recompilatorio de historietas de Martín Romero, 'Episodios Lunares'. Ambos xurdiran, anteriormente, nun fanzine. Máis adiante, o seu creador redebuxounos para incluílos en 'Episodios lunares'. "Nun principio era unha metáfora visual sobre as etapas dunha relación, en paralelo ás fases da lúa. Como vai crecendo e despois minguando, deteriorándose. Cando fixen a curta, engadín unha trama que non estaba en Episodios lunares. Non quixen facer fincapé en nada concreto mais, ao ir resolvendo a historia, foron xurdindo varios temas", explicou el mesmo a Praza nunha entrevista realizada con motivo do recoñecemento de 'La Noche' no festival FKM. Unha figura misteriosa, que remite á morte, intervén en 'La noche' vingándose da parella formada polo home lobo e a muller lúa, que impedira, coa súa solidariedade, que o destino dun bebé se cumprise. Certo misterio, e un drama familiar de fondo, son tamén alicerces de 'Son unha tumba', de Khris Cembe, outra das curtas de animación que competiron no FICBueu na sección de cinema galegoCerto misterio, e un drama familiar de fondo, son tamén alicerces de 'Son unha tumba', de Khris Cembe, outra das curtas de animación que competiron no FICBueu na sección de cinema galego. Nun pobo costeiro de Galicia, un neno transita, obrigado polas circunstancias, entre a nenez e a etapa adulta. "Ese é o tema principal", explicaba Cembe nunha entrevista con Praza.gal que respondeu con ocasión dos últimos premios Mestre Mateo. 'Son unha tumba' xurdiu das "ganas de contar unha historia sobre a infancia, a morte e a soidade. Contar algo sobre min e a terra que se me arrebatou na miña infancia". Protagonizan a curta dous personaxes: un pai e o seu fillo que comparten fogar e mesa, mais case non se comunican. No ambiente percíbese a ausencia -da que o espectador sabe polas lembranzas do neno- e o abatemento producido pola perda."A idea" -explicaba o director- é "sentir a incomunicación de pai e fillo a través do cotiá. A animación é naturalista e fría sen caer na sobreactuación que estamos afeitos a ver en cine de animación. O estilo dos debuxos é minimalista, aparentemente sinxelo. A intención é que sintas que estás vendo algo real, esquecendo por un momento que é animación". 'Son unha tumba' é animación debuxada, "o máis parecido á animación tradicional, debuxo a debuxo, de toda a vida". Unha sinxeleza semellante, no aspecto técnico, é un dos moitos acertos da outra curta galega de animación que participou no FICBueu na competición Galicia R, 'Homomaquia', de David Fidalgo. "É debuxo a debuxo (uns 8.000 folios) con carbonciño e pastel sobre papel reciclado. Parecíanme os materiais idóneos para contar a historia", indica o director. "O carbonciño, cos seus trazos duros e rápidos, moi xestuais e expresivos, creo que transmiten moi ben a dureza da curtametraxe", engade. 'Homomaquia' é unha historia de maltrato animal na que se inverten os tornas: son os humanos os cousificados, perseguidos, capturados, explotados. E é que 'Homomaquia' é unha historia de maltrato animal na que se inverten os tornas: son os humanos os cousificados, perseguidos, capturados, explotados por uns seres que, coma eles, están despoxados de linguaxe, de racionalidade e mesmo de identidade. Só que os humanos conservan a capacidade para os afectos e para a empatía, ademais da arela de verse libres. "A idea" -explica o director- "era establecer un contexto no que os humanos son tratados coma os touros na nosa realidade, pero sen que os toros tomen o papel do humano, pois dubido moito que eles se dedicasen a torturar…". "Quería" -engade- "que os humanos fosen primitivos, animalescos, polo que a fala non tiña cabida. Dalgunha maneira, trato de deshumanizar o humano, pero non ao límite, e poñelo baixo o sometemento duns seres sombrizos antropomórficos que representan o peor do ser humano, sendo aquí sombras de toureiro. Un mundo moi masculino no peor sentido da palabra, que me axuda non só a mostrar o maltrato animal, senón que me leva a reflexionar sobre como este tipo de "masculinidade" trata a muller na sociedade. Hai un momento moi cru da curtametraxe que é unha chiscadela e crítica a todas esas manadas de violadores que se están dando, sendo a de San Fermín o claro exemplo". 'Homomaquia' afonda en como "certos poderes masculinos someten a outros que cren máis débiles. O caso da muller é o máis claro, pero sucede tamén cos dous protagonistas masculinos" 'Homomaquia' non denuncia só, nese sentido, o machismo, senón tamén a homofobia. "Quixen liberar os personaxes" -sinala o director- "dos prexuízos que temos na sociedade sobre a sexualidade ou a orientación sexual. Na curta non se pensa se son homes ou mulleres. Simplemente, son humanos". Nese sentido, 'Homomaquia' afonda en como "certos poderes masculinos someten a outros que cren máis débiles. O caso da muller é o máis claro, pero sucede tamén cos dous protagonistas masculinos". Protagoniza a curta un trío de humanos que debe procurar camiños máis aló do establecido, que representa como a ignorancia sobre a posibilidade dunha vida mellor "pode facerche crer que iso é todo, mesmo que a túa vida sexa bastante deplorable. Pero cando alguén descobre que hai algo máis, que o que cría a súa liberdade era o seu cárcere, abre os ollos". Se a vida lle deixa. A masculinidade tóxica atópanse tamén no centro de '16 de decembro', a nova curta de Álvaro Gago, o autor da moi galardoada 'Matria' que, ademais de levar o premio do xurado de Sundance, recibiu máis de 60 premios nacionais e internacionais. Tanto 'Matria' coma '16 de decembro' amosan algunhas das consecuencias do patriarcado. No caso da primeira, a dobre explotación das mulleres traballadoras como obreiras e como mulleres. No caso de '16 de decembro', un dos xeitos de violencia contra as mulleres. A masculinidade tóxica atópanse tamén no centro de '16 de decembro', a nova curta de Álvaro Gago, o autor da moi galardoada 'Matria' 'Matria' agromou, porén, non do interese nunha temática, senón da curiosidade que ao director, que quería poñer o foco nunha heroína anónima, lle espertou a protagonista, a actriz non profesional Francisca Iglesias. A partir de aí, unha curta levou á outra. "Na rodaxe de 'Matria' traballei con Janet Romero, a sobriña de Francisca, que tiña un papel pequeno. Despois pasaron dúas cousas: propúxenme escoitar a miña realidade máis inmediata para atopar o tema do filme, e caeu Janet do proxecto -ao ver imposible compaxinar o traballo coa rodaxe- ao mesmo tempo que se cruzaba Cris Iglesias, a actriz protagonista de '16 de decembro', no camiño. A miña realidade gritábame e continúa gritándome que a violencia gratuíta en contra das mulleres existe e en grandes cantidades, e que vive baixo o amparo dunha sociedade contaminada de actitudes machistas aparentemente 'inocuas' que despois vemos que de inocuas non teñen nada", conta Álvaro Gago.Unha moza de 26 anos chamada Lucía é a protagonista de '16 de decembro'. "A personaxe" -explica Gago- "foise moldeando en base a unha idea única: des-estereotipar". A partir dunha idea "universalización e a despersonalización". Lucía "xoga ao balonmán, ten un carácter forte e é expansiva porque, de boas a primeiras, non asociamos unha muller destas características con episodios de violencia machista. Pero esta violencia non fai diferencias. Foi esta unha idea que colleu aínda mais forza despois de ler a testemuña dunha das sete protagonistas do libro 'Invisibles', da periodista Montse Fajardo, no que relataba como ninguén sospeitaba da súa situación porque 'como podía ser que unha muller independente, cun nivel alto educativo e con carácter, puidera estar vivindo unha situación, neste caso, de violencia psíquica". Lucía "xoga ao balonmán, ten un carácter forte e é expansiva porque, de boas a primeiras, non asociamos unha muller destas características con episodios de violencia machista. Pero esta violencia non fai diferencias""É moi importante" -remarca Gago- "entender que todas as mulleres, independentemente dos seus trazos físicos, caracteriais e do seu contexto socio-económico, son suxeitos potenciais, porque nese momento poderemos trasladar as preguntas ao outro lado e xa non será un 'como pode ser que ti… unha muller coma ti..?', senón un 'qué temos que facer para evitar isto?'. A actriz Cris Iglesias interpreta a Lucía. "Coñecín a Cris nunha presentación que fixo de 'Matria' para o Ateneo de Vigo. Falamos despois da proxección. Un grupo de xente fomos tomar algo. Cris estaba con dúas amigas. Falamos pouco, dous minutos, pero bastoume para identificar nela algunhas das características da personaxe de Lucía. Cris é unha rapaza cunha enerxía especial. Esa foi a sensación que tiven nun primeiro instante e non errei. Cris, co seu compromiso -co proxecto e co tema-, ética no traballo, valores persoais e talento, rematou por habitar Lucía do mesmo xeito que Francisca habitara Ramona", salienta o director. Francisca encarnou a Ramona, a protagonista de 'Matria', sen antes ter nunca traballado no cinema. En '16 de decembro' acompaña á actriz Cris Iglesias un grupo de actrices non profesionais: o equipo de balonmán de Lavadores, en Vigo. "Cris adícase a isto, aínda que é certo que está comezando. Iso deixábame algo máis tranquilo, porque intuía que non nos bloquearíamos na súa profesionalidade nin nos seus manierismos. Non digo que un actor ou unha actriz que leve moito tempo traballando na televisión, por exemplo, non poida desintoxicarse, espirse de novo e construír dende aí, pero iso require dun tempo, compromiso e ganas de botarse no descoñecido que non son sinxelas de atopar. Por outra banda, con Cris, non me estaba mergullando no xa visto, senón nun terreo por descubrir. E algo fantástico que ten o cinema -por momentos tamén aterrador- é que che permite comezar de cero, non repetir nunca", indica Gago. "O traballo coas xogadoras do equipo de balonmán foi intenso e divertido. Elas son un equipo e ademais son amigas fóra da pista, e iso xogou moito ao noso favor", matiza.'16 de decembro' naceu co proxecto de "filmar unha ficción obxectiva, despoxada de teatralidade e imposturas", que "permita un proceso de identificación pero con distancia". O equipo buscaba "imaxes que non emitisen unha forza plástica que cubrise todo o demais -aínda que, revendo a película, penso que usei mais o pincel do que inicialmente quería- imaxes que deixen oco ao ollo do espectador. Ese oco plástico sumado ao oco rítmico deriva nun espectador con tempo para activar a súa imaxinación. E nese proceso imaxinativo de cada un reside un primeiro impulso que, quizais, faga que a película conviva co espectador durante un tempo e, quizais, desemboque en algo máis. Non se trata de facer unha película dende a óptica de 'vou a cambiar o mundo', pero si de apelar aos que o poden cambiar", resume Gago. Como en 'Matria', a historia de '16 de decembro' está contada a través dos rostros, das expresións, dos corpos dos personaxesComo en 'Matria', a historia de '16 de decembro' está contada a través dos rostros, das expresións, dos corpos dos personaxes. "A min, persoalmente, é o que me golpea. O que me fai vibrar. Nos rostros e nos corpos están as contradicións, as luces e as sombras, as experiencias humanas, a memoria… e non é necesario moito para sentir a súa forza. Non son necesarios os efectos. Basta con observar, e o que está diante é algo honesto, vivo", asegura o director. A música, de Xavier Bértolo, xoga tamén neste filme un importante papel narrativo. "É unha música agresiva, cunha cadencia rítmica que tentamos que empurrara á protagonista cara diante. Avanti! Continúa! Non es só vítima, es moito máis ca iso! Non es só en relación ao que che pasou! A base da peza musical son 'samples' tomadas do son gravado durante as tomas no pavillón, durante o adestramento. Unha idea de Xavi que me pareceu perfecta para incluír un elemento do inicio no final e crear un círculo ao redor da peza. Xavi foi un gran descubrimento", afirma Gago.A violencia percorre tamén as outras dúas curtas de imaxe real que formaron parte da competición Galicia R no FicBueu. Mais é outro tipo de violencia, aínda que tamén estrutural. A imposta pola precariedade laboralA violencia percorre tamén as outras dúas curtas de imaxe real que formaron parte da competición Galicia R no FicBueu. Mais é outro tipo de violencia, aínda que tamén estrutural. A imposta pola precariedade laboral. Arancha Brandón asiste ao peche da tenda á que a súa nai dedicara a súa vida en 'Cando mamá pechou as caixas'. No medio da desorde, imponse a incertidume sobre o futuro. E o saberse despoxadas. "Toda a vida traballando e non teño nada", di a nai. En 'Marusía', de Pedro Sancho, Juan e Pedro, dous traballadores ameazados polas consecuencias da "crise", toman unha decisión aloucada nunha situación límite: volar un barco instalado nunha rotonda, símbolo do desbaldimento de recursos por parte da clase política nun momento moi duro para a clase obreira."Eu filmei" -explica Arancha Brandón- "o que estaba vivindo nese momento. No 2018 rematei a Universidade e atopábame coa seguinte situación na miña casa.: eu buscando un futuro e a miña nai buscando o seu. Quería reflexionar sobre esa diferenza xeracional e esas frases coas que nos criamos sobre o futuro prometedor que nos espera. O obxectivo foi a necesidade de desafogarme, pero tamén de concienciar. O peche dunha tenda despois de 30 anos é tamén o peche dunha parte da historia familiar. Eu crieime nesa tenda como unha segunda casa. O decaemento do pequeno comercio local é unha realidade e a xente tamén ten que darse conta que as súas accións comercias e cambios nos hábitos de consumo teñen consecuencias".O decaemento "do pequeno comercio local é unha realidade e a xente tamén ten que darse conta que as súas accións comercias e cambios nos hábitos de consumo teñen consecuencias"A rodaxe de 'Cando mamá pechou as caixas' foi -admite- "realmente dura. Eu podo dicir que moitas veces choraba detrás da cámara pero tamén a través da cámara. A miña nai era a protagonista do cambio e a cabeza da familia. Somos unha familia pequena e baleiramos todo entre nós, e senón ela soa: foron días enteiros pechando caixas. Tamén quería facerlle unha homenaxe a todo ese traballo e a esa fortaleza de nai de tirar sexa como sexa para adiante". A curta fora xa proxectada no OUFF do ano pasado, en Xociviga ou no Festival de Cans. "Vou pouco a pouco", di a directora. "Estou movéndoa cos meus medios e o meu tempo, pero tamén necesito gañar o pan. O xénero documental moitas veces déixase de lado e sempre está moi ben atopar oportunidades".'Marusía' partiu dun feito real: as protestas -nas que participaron máis de 40 colectivos- pola instalación do barco 'Bernardo Alfageme' nunha rotonda do barrio de Coia, en Vigo. "Eu son de alí, de Coia, e estiven moi presente nas manifestacións", explica o director, Pedro Sancho. "Non era o momento de gastar esa cantidade de cartos nun obxecto decorativo", engade. E, claro, no ambiente pairaba o pensamento típico: había que volar o barco!. 'Marusía' trata de reflectir, nun rexistro que se sitúa entre a comedia e o drama, a frustración social ante este feito. Juan e Pedro, os protagonistas da curta, son "dous pobres homes, dous perdedores", que planifican unha acción "que nin ten moito sentido, nin saben eles mesmos moi ben contra quen a fan. Contra un sistema que os ten dominados, mais que non personalizan en ninguén". Dous homes que non son nin activistas, pois un deles nin ás manifestacións fora. E ata lle gusta un pouco a rotonda. "Quixen reflectir un pouco como somos. Queixámonos de moitas cousas, pero ao final non facemos nada", indica o director."Quixen reflectir un pouco como somos. Queixámonos de moitas cousas, pero ao final non facemos nada", indica o directorPedro Sancho conta no reparto desta curta con dous actores ben coñecidos: Antonio Durán 'Morris' e Fran Paredes. A rodaxe, parte da cal tiña que ser na famosa rotonda-barco, tivo a súa complicación. "É unha rotonda na que desembocan dúas avenidas moi grandes, que había que cortar desde moi atrás. Ademais de pedir permiso, tivo que vir a policía, protección civil… Para min foi unha superprodución. A serie 'Fariña' estaba ademais nun momento moi álxido, e a xente estaba alí arremuiñada para ver a Morris, e preguntaba se estabamos a rodar Fariña. Parecía Hollywood", chancea o director. Co actor Fran Paredes xa tiña de antes unha relación de amizade. A Morris -confesa- tivo que convidalo a cear un par de veces para explicarlle o proxecto e convencelo de que participase. "El sempre di que tiven que pagarlle 4 ceas, pero foron 2", lembra, con humor, o director. A curta pasou por Cans e por outros festivais, e vai estar na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo ou no Festival de Cine Inclusivo de Vigo. "Ata agora non gañamos premios, pero a curta tampouco está pensada para iso. Hoxe non a cambiaría, de volver facela", conclúe. |
NOS_5479 | O Banco Central Europeo vén de facer pública a revisión da súa estratexia de política monetaria. A proposta recolle novos criterios en materia de inflación para axeitarse á tendencia á alza dos prezos dos últimos meses. Porén, as autoridades comunitarias seguen fieis á ortodoxia económica e poñen data ao retorno á austeridade máis dura. Varoufakis afirma que "a troika vai regresar dunha forma moi similar a 2010 ou 2015". | O acordo de revisar a estratexia de política monetaria do Banco Central Europeo (BCE) está adoptado desde comezos de 2020 pero as conclusións presentadas onte veñen condicionadas polas novas circunstancias xurdidas da pandemia. Malia que desde 2003 non introduciu ningunha mudanza esencial na mesma e algúns dirixentes comunitarios recomendaban cambios profundos, a reforma presentada pola presidenta do BCE, Cristine Lagarde, e polo seu segundo, o antigo ministro de Raxoi Luis de Guindos, limítase a axustes. A principal das medidas presentadas nesta quinta feira é elevar o obxectivo de inflación do BCE até 2%. A medida, derivada da suba dos prezos e da necesidade de seguir inxectando liquidez aos mercados e Estados, é explicada por Lagarde como "a mellor forma de manter a estabilidade de prezos" e consiste en ter un obxectivo de inflación de 2% a medio prazo. "Este obxectivo é simétrico, o que significa que as desviacións positivas ou negativas respecto dese obxectivo son igual de indesexábeis", afirmou. A decisión de volver á austeridade para 2022 é asumida polas autoridades comunitarias. A este respecto, resulta clarificador un documento aprobado polos eurodeputados do Partido Popular Europeo (PPE), o principal grupo do Parlamento europeo do que fai parte o PP, onde reclaman o retorno aos criterios do Pacto de Estabilidade e Crecemento e moi, particularmente, aos límites na débeda pública de 60% do PIB e no déficit de 3%. "As normas están para ser cumpridas", recolle este documento asinado polos representantes conservadores e publicado a pasada semana polo xornal británico Financial Times. A proposta dos conservadores europeos aposta por avanzar no programa neoliberal que define o proxecto da Unión Europa. Así, defenden a creación dun novo organismo con "completa independencia política", que actúe como "árbitro independente" e xogue "o papel de supervisar o cumprimento das regras do Pacto de Estabilidade e Crecemento", sen estar suxeito a ningún mecanismo de control democrático. A alternativa xustifícana porque, na súa opinión, no pasado non se teñen aplicado de xeito imparcial as regras orzamentarias. Un reforzo da condicionalidade O PPE defende un reforzo da condicionalidade económica asociada ao orzamento comunitario e ás liñas de axuda europea recollidas no fondo Next Generation. Segundo o documento publicado polo Financial Times, a formación presidida polo antigo primeiro ministro polaco e presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, non considera suficientes "as reformas estruturais" esixidas pola Comisión Europea aos Estados que solicitan axudas do fondo Next Generation. Na mesma liña, acusan as autoridades comunitarias de "non actuar coa debida firmeza" para obrigar cumprir as recomendacións recollidas no semestre europeo. As medidas adoptadas polas autoridades monetarias comunitarias e as propostas do PPE adiantan a volta á austeridade, na liña do sinalado desde o comezo da pandemia polos economistas críticos. A este respecto, o economista e antigo ministro de Finanzas grego Yanis Varoufakis puxo de manifesto en xuño do ano pasado que "a troika vai regresar independentemente do fondo de reconstrución e ocorrerá cando sexa recuperado o pacto fiscal e entón España, Italia e Portugal van ser apertados, dunha forma moi similar ao que a troika fixo entre 2010 e 2015". O retorno da austeridade é un feito. A este respecto, o vicepresidente do Banco Central Europeo (BCE), Luis de Guindos, vén de expor que "unha vez que a emerxencia fique atrás, todos os países cun alto nivel de débeda deben tomar medidas para recortala". Pola súa banda, Yanis Varoufakis sinala que "no momento no que o déficit alemán vaia achegándose a cero, Berlín meterá presión a Bruxelas para que esta meta presión a Madrid para situar o déficit por debaixo de catro ou tres. E iso supón austeridade masiva". |
NOS_29074 | Conmemoración do asalto ao cuartel Moncada | A tradicional conmemoración do asalto ao cuartel Moncada que decorre cada 26 de xullo en Vigo da man da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil converteuse tamén nun acto de reivindicación polos dereitos do pobo cubano no contexto de bloqueo actual. Unha ampla representación política e sindical quixo estar presente para, aliás conmemorar esta segunda feira o "primeiro acto da revolución", "defender a soberanía e a independencia de Cuba". Así o explicaron fontes da entidade promotora, que insistiron na crítica ao "ataque e inxerencia imperialista e á manipulación mediática". Con convidadas especiais pola simboloxía extra da homenaxe, en Montero Ríos -fronte á estatua de José Martí- reflexionaron representantes como Ana Miranda (BNG) e Oriana Méndez (Anova), entre outras. Miranda aludiu á proliferación de "redes solidarias contra o bloqueo", malia que non todas seguirán o camiño agardado, e lamentou que no canto de mellorar a situación, o pobo cubano padecese un "endurecemento". A portavoz do BNG en Europa denunciou "o bloqueo a tres niveis: económico, financeiro e comercial" e a "manipulación informativa" do que está a acontecer na illa. Pola súa banda, Oriana Méndez trasladou os azos por parte de Anova e reflectiu, nas súas palabras, o respecto á "causa da revolución". Ademais, lembrou que "neste 26 de xullo tamén se pode lembrar o 25 de abril" ao fío do falecemento de Otelo Saraiba de Calvalho, peza chave da democracia en Portugal. No acto tamén estiveron presentes Anxo Igrexas (CIG); Ricardo Castro (CUT); Rubén Pérez (EU); Eva Solla (PCG); Xosé Collazo (PCPG); Marina Quintillán (PCTG); e o cónsul Ángel Torres en nome da delegación de Cuba na Galiza. |
NOS_34275 | A Estratexia de Vacinación no Estado español, que xa vai pola sétima versión, sostén que non se detectaron riscos para inocular estes fármacos contra a Covid-19 ás mulleres nese estado e, polo tanto, indica que deben ser tratadas no grupo que lles corresponda. | As embarazadas e mulleres no período de lactancia poderán ser tratadas contra o coronavirus con medicamentos ARNm, é dicir, os fabricados polas farmacéuticas Pfizer ou Moderna. Así o recomendou hoxe o Ministerio de Sanidade na sétima actualización da Estratexia de Vacinación. O departamento do Goberno español considera que, malia que nos ensaios clínicos non se incluíron mulleres neste estado, ""en xeral, non se detectou un maior risco da Covid-19 grave por estar embarazada, máis aló das condicións de risco que presente a muller". Os datos chegados de lugares do mundo como os Estados Unidos de América non indican que haxa efectos secundarios. En concreto, o documento estatal alude a un estudo recentemente publicado que incluíu a 36.591 embarazadas que se vacinaron con remedios ARNm e no que non atoparon sinais de seguridade adversas. En consecuencia, tampouco será preciso adiantar o tratamento das mulleres que vaian ter unha crianza. A vacina inocularase cando lle corresponda ao grupo de idade ou prioridade ao que pertenza cada persoa en particular. Crianzas Por outra parte, o texto recomenda adiantar o tratamento das nenas e nenos de 12 anos con condicións de alto risco porque agora a vacina de Pfizer xa foi autorizada para a poboación comprendida no grupo de idade entre os 12 e os 15 anos. Porén, o resto de adolescentes "non se priorizarán neste momento". "Os datos epidemiolóxicos en España amosan que as persoas de 50-59, 40-49 e 30-39 anos teñen un maior risco de hospitalización, ingreso en UCI e morte que os adolescentes e preadolescentes", argumenta o ministerio, que lembra que o persoal docente xa está tratado e iso estabelece un entorno controlado para as e os menores. |
PRAZA_19645 | Todos coñecemos camareiros, dependentes, teleoperadores ou comerciais que, pese a facer a diario un esforzo visible no seu traballo, sumando horas cotizadas e non cotizadas calculan estar cobrando un total de entre 3-5€/hora e sen posibilidade de protesta ante a sombra continua do desemprego total. | En menos dunha década pasamos de entender como normal, ou incluso precario, un salario de 1.000€/mes, a devecer por acadar os 700€/mes. Esta precariedade salarial conleva unha pobreza habitacional e enerxética nas familias, tendo que convivir dende hai anos con lamentables casos de desafiuzamentos, cortes de luz en pleno inverno e mozos incapaces de independizarse do domicilio familiar e comezar a súa propia vida. Sen embargo, os medios non paran de falar da "recuperación" e do inicio da "saída da crise" para aplaudir unha suposta efectividade das medidas tomadas polo Goberno do Partido Popular, baseando estas afirmacións exclusivamente no número de contratos laborais e as altas na Seguridade Social. Os datos reais desta suposta "recuperación económica da crise" indican un panorama desolador. A Axencia Tributaria revela que uns 3,7 millóns de persoas en España subsisten con salarios inferiores a 300€/mes debido á baixa contratación por parte dos empregadores, sendo case un luxo chegar aos contratos de media xornada. Por riba de todo, a visión que ten a sociedade destes traballadores precarios é a culpabilización, botándolles en cara a espiral desesperada na que se atopan porque "curran pouco por vagancia", "son eles os que non queren cotizar para non pagar impostos" ou "é que aceptan calquera cousa". Son tres mentiras coas que a sociedade capitalista financeira do "faise rico quen máis traballa" ten envelenada a mentalidade da propia clase traballadora afectada por ela, facendo que os seus membros se enfronten entre si. En primeiro lugar, tras a última reforma laboral imposta polo Goberno, os empregadores poden aproveitar para aforrar cartos mantendo traballadores en xornadas inferiores á media xornada. Isto fixo que, nestes últimos anos, se puxeran de moda en moitas empresas os famosos mini-jobs: traballos con xornadas semanais de 10, 5 ou incluso menos horas, completamente repartidos ó longo da semana e con salarios cos que é sinxelamente imposible manter unha vida digna no noso país. Por iso, xa non é estraño ver a xente multi-empregada pero de xeito precario en todos os seus empregos, e non é raro escoitar a xente moza (e non tan moza) comentar desesperado que chega a fin de mes gracias a que ten "catro mini-jobs" con horarios dispersos que anda a volverse tolo para combinar. O sono de ter un só contrato laboral nun só emprego de 4-8 horas semanais soa completamente lonxano, pese a que fóra a norma ata non hai tantos anos. Por outra banda, e tendo en conta a relación cotización-xubilación e as necesidades a efectos de prestacións por desemprego, raras veces un traballador está sen alta na seguridade social porque el así o desexe. Moitas empresas prefiren aforrar cartos tendo aos seus traballadores sen cotizar todas as horas, con contratos inferiores ás funcións que realmente desempregan e, pero se fora pouco, usando a escusa do traballo non-regulado para pagar as horas extra non cotizadas por debaixo do salario mínimo interprofesional. Finalmente, a ameaza perpetua de despido absoluto e de buscar a outra persoa pende sempre sobre o traballador se non se presta a aceptar estas condicións, facéndolles aguantar o inaguantable para poderse manter mes a mes mentres encadea estériles entrevistas de traballo noutras empresas á busca dunha saída da indignidade. Parece unha esaxeración, pero esta realidade a temos a diario nas nosas vilas e cidades. Non hai que irse a extrarradios ou barriadas de "baixa estofa"; isto está pasando, agora mesmo e coa xente do noso entorno. Todos coñecemos camareiros, dependentes, teleoperadores ou comerciais que, pese a facer a diario un esforzo visible no seu traballo, sumando horas cotizadas e non cotizadas calculan estar cobrando un total de entre 3-5€/hora e sen posibilidade de protesta ante a sombra continua do desemprego total. A falta de organización sindical nestes sectores enquista o problema, facendo que os abusos da patronal sexan o pan de cada día, e os traballadores atópanse aguantando un xeito de humillación laboral que nunca pensaran que chegarían a ter que aturar, mentres imprimen e reparten desesperanzados os seus currículums na esperanza de atopar outro traballo. Os primeiros en lanzar un berro conxunto na nosa cidade coruñesa foron os membros do gremio do telemárketing. Empresas como Extel ou Atento demostraron a súa capacidade de organización contra a patronal, conseguindo entre difíciles negociacións coa patronal, paros laborais e multitudinarias manifestacións unha lixeira mellora das súas condicións. Pero non foi suficiente; a loita contra a precariedade laboral e os abusos empresariais debe chegar ata as institucións para facilitar a loita contra estes, e non deixar desamparada a clase traballadora ante estas situacións. Nese sentido, na Coruña vense tentando por parte do Goberno da Marea Atlántica crear políticas de inclusión social (a Renda Social Municipal a máis importante delas); sen embargo observamos que, fronte ós grandes poderes económicos fácticos, mudar as cousas non é sempre tarefa fácil. O feito de estar a gobernar en minoría nótase á hora de poder levar a cabo proxectos sociais coma este, por non falar do indignante silencio co que algúns medios de comunicación maioritarios trataron os esforzos do goberno de María Pita para reducir a desigualdade social dos veciños da Coruña; vemos como moitas veces estes medios actúan axudándose de falsas polémicas (ás veces ata ridículas, temporais de inverno ou carteis papais mediante) para agochar o verdadeiramente bo que fixo xa a Marea Atlántica nestes case dous anos de lexislatura, e as positivas consecuencias que terá para a calidade de vida da cidadanía coruñesa. Por ende, nas últimas semanas asistimos a unha moción de confianza no Concello levada a cabo polos edís do PSOE (axudados polos edís Populares), e así vimos como entraban en disputa os dous modelos de cidade: unha Coruña de propietarios e fortunas contra a maioría social, fronte a unha Coruña a prol desta maioría que loita a diario para mudar e mellorar as condicións materiais de vida da maioría da poboación. Somos moitos os que temos verdadeiro temor de que as reformas que tanto necesitamos sexan paralizadas de golpe e quedar a medio camiño da saída dos nosos pozos laborais e vitais, por simples teimas e ciumes socialistas. Somos moitos os que precisamos, urxentemente, que nos permitan escapar da precariedade, e que non nos rouben máis a vida. |
NOS_52463 | O presidente da Xunta interveu na sesión de apertura do XI Congreso da central sindical. Numerosas persoas manifestaron o seu rexeitamento á política económica do popular e apuparon ao líder do executivo mentres a dirección de UGT-Galiza pedía "orde" | Alberto Núñez Feijóo foi recibido entre asubíos no XI Congreso que UGT celebra esta sexta feira no Pazo de Congresos da capital galega. O presidente da Xunta de Galiza interveu na sesión de apertura do conclave convidado pola dirección da central sindical. Porén, numeros@s militantes decidiron apupar ao líder do executivo galego como mostra de rexeitamento ás súas políticas económicas e laborais. Neste senso, algúns d@s participantes no conclave abandonaron o salón do Pazo de Congresos ao tempo que a dirección sindical pedía "orde" e "respecto" para o mandatario galego quen capeou as críticas afirmando que traballador@s e goberno podían discrepar. Núñez Feijóo aproveitou a súa participación no Congreso para defender a política económica da Xunta de Galiza e do Goberno do seu compañeiro de filas, Mariano Rajoy en Madrid. O líder d@s populares, acudiu ao conclave acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, Fracisco Conde. |
PRAZA_20637 | A caída dos fondos para longametraxes en galego está 25 puntos por riba do recorte medio ás achegas da Corporación RTVE para o cinema en idiomas diferentes do castelán. En 2012 e 2015 os filmes en lingua galega non tiveron achega ningunha de RTVE | Unha das primeiras decisións do PP tras a súa chegada ao Goberno de España foi reformar a lei que rexe o funcionamento de Radio Televisión Española para asegurarse o control dos seus órganos de dirección, unha contrarreforma á que os propios populares se viron obrigados a renunciar o pasado xuño por mor do novo xogo de maiorías no Congreso. Do esquema de poder que está a piques de rematar dependeu nestes anos todo o funcionamento dos medios públicos estatais, tamén no que atinxe ao cumprimento da obriga de investir, segundo o establecido na lei de comunicación audiovisual, o 5% dos seus ingresos na produción de filmes e series, cantidade da que o 60% debe ir parar a contidos realizados nalgunha lingua oficial do Estado. A dirección designada polo PP veu cumprindo esta norma nun contexto xeral de recorte orzamentario, se ben a tesoirada foi moito maior nos idiomas diferentes do castelán e, no caso do galego, a diminución chegou ao 75% nunha lexislatura. O senador de EH-Bildu Jon Iñarritu vén de recibir a resposta á pregunta que formulara á Corporación RTVE para coñecer os "recursos destinados" pola empresa pública "a proxectos audiovisuais das linguas cooficiais do Estado nos últimos 10 anos". A reposta céntrase, entre outros aspectos, na distribución de fondos para o investimento en "longametraxes en linguas cooficiais" dende o ano 2007 e as cifras, que non inclúen a achega para contidos en lingua castelá, amosan unha forte caída dende a chegada da dirección elixida polos populares, pasando dunha media de 13 millóns anuais na derradeira lexislatura do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero (2008-2011) a un promedio de 7 millóns por ano no mandato da maioría absoluta de Rajoy (2012-2015). A caída dos fondos para longametraxes en galego está 25 puntos por riba do recorte medio ás achegas da Corporación RTVE para o cinema en idiomas diferentes do castelán Mentres que a caída media das achegas para producir filmes en linguas diferentes do castelán se achegou ao 50%, no caso concreto do galego o descenso foi máis acusado. Así, durante a lexislatura do 2008 ao 2011 as longametraxes realizadas en lingua galega obtiveron unha achega media anual de 2,03 millóns de euros da Corporación RTVE. No mandato do 2012 ao 2015 este apoio non chegou aos 500.000 euros, un descenso medio anual superior ao 75% resultado dun período no que os contidos en galego sumaron 1,98 millóns de euros fronte aos 8,2 millóns da lexislatura anterior. Nese mandato rexistráronse dous exercicios, 2012 e 2015, nos que os filmes en galego non recibiron fondos ningúns de RTVE. Segundo os datos feitos públicos pola propia compañía, a achega xeral para producións cinematográficas superou nos últimos exercicios os 20 millóns por ano. En 2012 e 2015 os filmes en lingua galega non tiveron achega ningunha de RTVE No que atinxe á distribución do apoio de RTVE por idiomas, en ambas lexislaturas os contidos en catalán foron os que recibiron máis fondos nas dúas lexislaturas analizadas: case 37 millóns na última de Zapatero e uns 22 na primeira de Rajoy. No último nandato do PSOE os filmes en galego foron os segundos en apoio público cos devanditos 8,2 millóns, mentres que as películas filmadas en euskera quedaron un chisco por baixo dos 5 millóns e as incluídas pola compañía na categoría de lingua valenciana, 2,4 millóns. No mandato do PP, pola contra, as longametraxes vascas chegaron aos 3,5 millóns, as galegas quedaron por baixo dos 2 e as valencianas non chegaron ao millón de euros. Estas cifras danse nun contexto no que, alén da produción de filmes, RTVE vén admitir na súa resposta a Iñarritu o diferente tratamento das linguas cooficiais do Estado na súa programación. Alén da obvia preponderancia do castelán, a dirección da corporación pública resalta que mantén Radio 4 como emisora que emite "integramente en catalán" -a súa versión en galego foi pechada nos anos 90- e que produce programas en lingua catalá alén das desconexións informativas. Xunto a ela, lembra que os contidos dos Telediarios e informativos de RNE dos centros territoriais en autonomías con idiomas diferentes do castelán "tradicionalmente emítense nas linguas cooficiais do Estado". |
NOS_11433 | Carlos Roa, man dereita do ex director de Pemex, Emilio Lozoya, e José Manuel Carrera Panizzo, rostros visíbeis da petroleira na Galiza, son outros dos investigados por corrupción dos que se desliga Feixoo. | A estratexia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, pasa por que os escándalos que rodean as operacións de Pemex na Galiza non lle salpiquen demasiado. Para iso, o titular do Executivo galego e candidato á reelección trata de desligar calquera conexión co ex directivo de Petróleos Mexicanos, Emilio Lozoya, cos contratos asinados e, ante todo, con calquera relación comercial que puidera ter existido entre ambos. Agora limita a súa implicación nos contratos dos floteis a ser un mero garante. "Non tivo nada que ver con ese acordo, simplemente o herdou e, iso si, o mantivo en vigor", explicou Feixoo na televisión. E é que esta cuarta feira, o presidente da Xunta participou nunha entrevista no programa La Noche en 24 horas da Televisión Española no que foi preguntado polo caso Pemex. Nas súas respostas Feixoo asegurou non ter firmado contrato algún con Emilio Lozoya. "Non firmamos con ese presidente de Pemex ese acordo, senón co anterior", indicou antes de apuntar que "non foi un acordo, senón un protocolo no que Pemex comprometíase a darlle carga de traballo a dous estaleiros galegos; un público, Navantia, e outro privado, Barreras" . Tamén asegurou que se se volvese a dar a circunstancia "volvería facelo". "Creo que a miña obriga é tentar lograr carga de traballo para as empresas galegas", dixo Feijóo. O presidente da Xunta aproveitou tamén para tratar desviar o foco e poñelo en Brasil, ao lembrar que Lozoya, detido polas forzas de seguridade españolas hai unhas semanas, está a ser investigado "non por un asunto galego, senón por un brasileiro". A realidade é que a Fiscalía mexicana investiga, entre outros asuntos, a compra do estaleiro Barreras por parte de Pemex, e tamén as operacións nas que PMI, a empresa coa que se firmaron os acordos, desviou cartos a paraísos fiscais. Máis nomes propios Nestas últimas pescudas, xunto ao nome de Lozoya emerxen os de José Manuel Carrera Panizzo, compañeiro de estudos de Lozoya e ex director da filial internacional de Pemex, PMI, e o de Carlos Roa, o que fora xefe de asesores do ex director xeral de Pemex e ex vicepresidente de Barreras, que se suman aos de Juan Camilo Mouriño, ao que en México sitúan como mediador entre Pemex e a Xunta, e o de Pachi Lucas. Os nomes de Carrero Panizzo e Roa aparecen nas investigacións sobre a compra de Agro Nitrogenados, unha operación tamén vencellada a Pemex na que participaron a través de PMI Internacional, a mesma empresa que fixo posíbel os contratos dos floteis na Galiza. A ambos se lles puido ver en numerosas ocasións xunto ao presidente Alberto Núñez Feixoo. De feito, Panizzo foi o rostro visíbel de Pemex no anuncio dos floteis e tamén no da construción da flota auxiliar da petroleira mexicana nos estaleiros galegos, da que nunca máis se soubo. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
NOS_21570 | O xurado declarou por unanimidade a obra gañadora, destacando características como "un galego moi coidado" | A editorial Baía publicou esta terza feira a gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. A vencedora foi a debutante Marta María Lado, co seu relato A pita xefa. O conto localízase nun galiñeiro onde "unha pitiña que non quere seguir o esquema de poder estabelecido revoluciona o lugar, e até aí podo contar", explica a súa autora en conversa con Nós Diario. Lado sempre escribiu "a nivel doméstico: monólogos, traballo, clases de teatro e así, pero nunca intentara publicar nada". Desde que naceu a súa filla "comecei a interesarme polos contos infantís e cando vin este concurso motiveime a facer a historia", relata a escritora. A pita xefa ocorréuselle a Lado "cando a miña nena comezou a aprender a dicir os animais, encántalle a pita e ao escoitala xurdiume a idea desta obra", conta. Foi así como non tardou nada en "crear o groso do relato. Foi máis o tempo que botei en corrixir o texto, pensar noutras versións e pedir opinión a outras persoas que o que pasei escribindo a argumento principal". Cando leu o comunicado, "do que tiven un aviso antes de ler o texto enteiro, non mo cría. Até que non me parei a lelo de verdade na resolución do xurado non fun consciente de que gañara, mesmo chorei un pouco", admite Lado. Veredicto unánime Na súa resolución, o xurado acordou por unanimidade concederlle o premio a Lado por "axustarse estritamente ás bases, criticando os roles de xénero tan asentados na nosa sociedade e loitando contra os estereotipos, cunha historia orixinal, divertida e reivindicativa sen caer en dogmas nin estereotipos". Tamén salientaron o feito de que a obra "abre a porta a unha mudanza dos comportamentos estabelecidos dun modo lúdico, sen caer no dirixismo e tratando a rapaza con intelixencia. Anima a romper cos esquemas sexistas dominantes, pon de manifesto a utilidade da unión e anima a loitar por un obxectivo igualitario". Unha das últimas características que destacan da obra é "o emprego dun galego moi coidado, presentando estruturas e léxico do noso, resultando un texto fresco, divertido, con musicalidade, conectado con refráns e bastante retranca. A linguaxe é clara e está ben adaptada a primeiras lectoras e lectores". Como punto final, o xurado indica que é "un texto rico en imaxes que favorecerá o traballo de ilustración da obra, que dará lugar a un fermoso álbum ilustrado", conclúe. |
NOS_2139 | Bernardo Valdês Paços, economista e membro do grupo de investigaçom Ecoagrasoc da USC, prosegue o ciclo de análises económicas de 'Nós Diario'. | Em 2009 Núñez Feijoo e Sánchez Galán, presidente de Iberdrola abraçavam-se. Celebrava o primeiro a sua maioria absoluta. Assegurava o segundo um G+overno amigo à frente da Administraçom galega, amável com os interesses da sua empresa. O PP (ao igual que tentou fazer o PSOE desde a própria Xunta) garantia umha regulaçom favorável às grandes empresas do sector que começou com a derrogaçom do concurso eólico impulsado polo BNG. Um plano exigente meio ambientalmente, que previa a participaçom pública nos lucros, obrigando ademais aos beneficiários a investir em planos industriais. Lembremos por exemplo o projeto Ventos Cooperativos, participado por quatro cooperativas lácteas, ao que lhe fórom adjudicados em 2008 perto de 200 MW. Um primeiro passo na criaçom dum grande grupo lácteo galego. Há catorze anos e seguimos sem contar com esse grande grupo industrial lácteo, as granjas galegas seguem recebendo o preço mais baixo do Estado Espanhol, a nossa capacidade para produzir energia segue ao serviço dos grandes grupos empresariais e nom da sociedade galega. Lucros recordes No útimo ano, 2021, Iberdrola vem de conseguir lucros recordes na sua história, mais de 3,9 mil milhons de euros. Umha notícia que seguramente alegrou a Núñez Feijoo, ao igual que a García Tejerina (antiga ministra de agricultura) ou a Acebes (antigo ministro de interior), agora membros do conselho de administraçom da empresa. Umha empresa amplamente participada polo capital financeiro (Qatar Investment, BlackRock, Société Générale, Capital Research, Norges Bank...). Nom é a única energética, as outras grandes do sector que formam parte do Ibex 35 também vírom aumentar notavelmente os seus resultados empresariais. Todas elas com um peso determinante do capital financeiro no seu acionariado. Mesmo em Endesa cujo principal acionista é Enel, cujo principal acionista é o Estado italiano, mas na que o capital financeiro, principalmente estadunidense, tem um papel destacado. Nom é extranho achar investidores institucionais com partipaçom no capital de mais dumha estas empresas. BlackRock administra ativos valorados em mais de 8 bilhons de euros É o caso de BlackRock, que administra ativos valorados em mais de 8 bilhons de euros, o que lhe permite ter umha participaçom determinante em empresas com um valor muito superior a essa cifra. No Estado espanhol, ademais das grandes energéticas, também tem umha significativa participaçom no capital do BBVA, do Banco de Santander, de Caixabank ou de Telefónica, entre outras. Suba da fatura Um crescimento dos seus lucros que acompanhou a suba da fatura da eletricidade e dos combustíveis. Enquanto P. Sánchez prometia que a fatura da luz no conjunto de 2021 ia ser similar à de 2018 para um consumidor médio, o preço da eletricidade no mercado maiorista marcava umha tendência claramente à alça desde Maio de 2021. Umha tendência que continuou, segundo FACUA o recibo médio dum fogar com PVPC (preço voluntário ao pequeno consumidor) em Março de 2022 foi 149% mais elevado que um ano antes. Um incremento que está castigando a muitas empresas pondo em causa a sua continuidade. Ao igual que o número de fogares com dificuldades para pagar a fatura elétrica aumentou consideravelmente. De 2019 a 2020, segundo o MITECO, o retraso no pagamento das faturas da luz passou de afetar 6,6% a 9,6% da populaçom, enquanto a dificuldade para manter umha temperatura adequada na vivenda subiu de 7,6% a 10,9. O Ministério nom publicou ainda os dados de 2021, mas um estudo da OCU informa dum notável incremento do número de fogares com dificuldades para fazer frente a gastos como a eletricidade ou o aquecimento. Os fundos de investimento BlackRock, Qatar Investment e CVC Capital Partners possuem açons que representam 6% do valor do Ibex 35 Nom fórom as energéticas as únicas, o conjunto das empresas do Ibex 35 alcançou um resultado recorde em 2021, mais de 58 mil milhons de euros, multiplicando por mais de dous o resultado de 2019, o ano anterior ao início da pandemia. Mais umha vez falamos de empresas amplamente participadas polo capital financeiro. Segundo Expansión a carteira de açons dos investidores institucionais, fundamentalmente de fora do Estado Espanhol, aumentou 30% ao longo de 2021, até alcançar 78,4 mil milhons de euros em açons de empresas do Ibex 35. O início do crescimento da participaçom destes investidores está intimamente relacionado com o processo de privatizaçons começado polo PSOE e continuado polo PP, Endesa, Repsol, Gas Natural (Naturgy), Argentaria (BBVA) ou Teléfonica por lembrar só alguns nomes. Só três desses fundos de investimento, BlackRock, Qatar Investment e CVC Capital Partners possuíam açons que representam 6% do valor do Ibex 35 de acordo à informaçom publicada por Expansión. Nada mais longe da realidade que a visom do capitalismo como um mundo de concorrência. O capitalismo é monopólio e domínio do capital financeiro, o crescente poder dumha oligarquia financeira que engorda enquanto nos deixa sem respirar. O crescimento dos lucros deste clube de grandes empresas contrasta com o facto de que em 2021 o PIB foi inferior ao de 2019. A economia estanca-se, mas o grande capital, a oligarquia financeira afiança o seu poder em detrimento da maioria. |
PRAZA_7931 | Gonzalo Miguez Macho, da Facultade de Física, é coautor do traballo xunto á profesora Ying Fan e o doutor Haibin Li da Universidade Rutgers (New Jersey, EEUU) | As augas subterráneas próximas á superficie teñen moita importancia para os ecosistemas terrestres ao axudaren a manter o caudal dos ríos ou o solo húmido en épocas de ausencia de choiva, por citar dous exemplos. A maiores, son aspectos con incidencia no clima. A pesar desta importancia, pouco se sabía da distribución global da capa freática, franxa que separa o solo osixenado, próximo á superficie do terreo, dos acuíferos. Un equipo internacional, no que participa o profesor da Facultade de Física da USC Gonzalo Míguez Macho, acaba de publicar un artigo na revista Science que compila observacións arredor de todo o planeta respecto da profundidade da capa freática a partir de informacións de arquivos gobernamentais e da literatura científica existentes. A pesar desta importancia, pouco se sabía da distribución global da capa freática, franxa que separa o solo osixenado, próximo á superficie do terreo, dos acuíferos O traballo cobre ademais as zonas sen datos "para así poder inferir patróns espaciais e procesos" a partir dun "modelo hidrolóxico de augas subterráneas forzado polo clima, a topografía e o nivel do mar actuais". Segundo as investigacións desenvolvidas polo profesor Miguez Macho e pola profesora Ying Fan e o doutor Haibin Li da Universidade Rutgers (New Jersey, EEUU), aproximadamente entre o 22-32% da superficie emerxida global se atopa influída por unha capa freática pouco profunda, incluíndo aproximadamente o 15% de zonas con auga superficial alimentada polas augas subterráneas e entre un 7 e un 17% de áreas coa capa freática accesible ás raíces das plantas. Estes datos permiten afirmar, segundo Gonzalo Miguez, que a capa freática é o suficientemente pouco profunda nunha fracción significativa –de entre o 22 e o 32%- dos continentes como para influír nos ecosistemas terrestres directamente. Cando esta capa é pouco profunda interactúa de diversas maneiras coas zonas superficiais: proporcionando auga a ríos e lagos e mantendo ecosistemas acuáticos en períodos secos; impedindo a drenaxe do terreo e creando as condicións de solo saturado que caracterizan os humedais; ou mesmo proporcionando auga ás plantas para a fotosíntese en condicións de seca. Principais resultados En conxunto, o investigador da USC considera que os resultados suxiren que as augas subterráneas teñen "unha estendida e estruturada influenza a escala global na hidroloxía e ecosistemas terrestres" Os resultados do modelo aplicado permiten observar unha serie de patróns espaciais a escala global, rexional e local. No primeiro caso, o nivel do mar é dominante e un cinturón de zonas con augas subterráneas someras rodea os continentes, máis ancho alí onde hai chairas costeiras. Na escala rexional, sinala a investigación recollida por Science, a influencia do clima maniféstase de xeito que as rexións máis secas tenden a ter unha capa freática máis profunda que as húmidas. A modo de exemplo, os investigadores sinalan o caso dos desertos destacándoos como zonas onde, en xeral, non hai moitos lugares con augas subterráneas someras. Tamén apuntan a influencia do terreo, xa que as zonas máis chas, cunha drenaxe máis lenta, presentan grandes extensións de humedais, como a zona da Amazonia central e outras zonas baixas de Sudamérica. No caso da escala máis local, o estudo destaca que a topografía domina á influenza do clima e así, "debido ao fluxo da auga subterránea das zonas altas ás baixas, os vales tenden a presentar capas freáticas pouco profundas, mesmo en zonas relativamente áridas ou desertos (oasis)". En conxunto, o investigador da USC considera que os resultados suxiren que as augas subterráneas teñen "unha estendida e estruturada influenza a escala global na hidroloxía e ecosistemas terrestres". Coñecer a capa freática, para que? Múltiples son as implicacións dun mellor coñecemento arredor da capa freática, entre as que os investigadores apuntan a incidencia no clima Múltiples son as implicacións dun mellor coñecemento arredor da capa freática, entre as que os investigadores apuntan a incidencia no clima. Os humedais son a fonte principal de metano na atmosfera, un dos gases de invernadoiro máis potentes. Ademais, cando a enerxía do sol se concentra na evaporación de auga do solo e en realizar a fotosíntese non se inviste en quentar o terreo e, polo tanto, as temperaturas na zona baixa da atmosfera son menores. No artigo preséntanse observacións da profundidade da capa freática de 1.603.781 pozos, a partir de arquivos gobernamentais e información publicada na literatura científica. Existe datos abundantes de América do Norte e en varios países europeos así como en Australia, pero moi escasos en Asia e especialmente en África. Para cubrir estas últimas zonas non observadas, os investigadores utilizaron un modelo hidrolóxico de augas subterráneas forzado polo clima, o terreo e o nivel actual do mar. O obxectivo era obter unha imaxe global a alta resolución (~1 km), sen ter en conta as complexidades xeolóxicas locais, da profundidade da capa freática en equilibrio co clima, a topografía e o nivel do mar actuais, é dicir, "en estado natural, sen intervención humana debida a extraccións para regadío ou outros usos", explica o docente da USC. Colaboración internacional O desenvolvemento do modelo presentado na revista Science é froito dunha longa e estreita colaboración entre a profesora Fan e Gonzalo Miguez Macho e contou co apoio do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Gonzalo Míguez Macho é licenciado en Física pola USC e doutor en Meteoroloxía na Universidade de Utah (EEUU). Ademais foi investigador na Universidade Rutgers (New Jersey, EEUU) antes de retornar á USC como investigador Ramón y Cajal. Na actualidade é profesor titular no Departamento de Física da Materia Condensada na Facultade de Física da USC. |
PRAZA_14538 | O candidato á reelección 'vende' a "solvencia" da Xunta ante o seu xefe de filas na praza de touros de Pontevedra, blindada pola Policía ante a protesta de persoas afectadas polas preferentes das antigas caixas | De novo, as coalicións. O PP regresou este sábado ao que é o seu lugar fetiche no que a eleccións se refire, a praza de touros de Pontevedra, e como a primeira vez que lograron enchela, en febreiro de 2009, os conservadores apoiaron o seu discurso electoral nun eixo fundamental: previr á súa militancia e, por extensión, a toda Galicia, dos teóricos riscos que traería consigo un Goberno galego apoiado por máis dunha forza política. Rajoy: "Quen vota ao PP sabe a quen vota e sabe cal é o seu programa" Nun das escasos actos de campaña nos que será protagonista, Mariano Rajoy pronunciou en Pontevedra un brevísimo discurso centrado nun único argumento: "isto de aquí e un partido". "Temos un partido, un programa e unha xestión", remachou o xefe do Goberno central, que recupera a fórmula de prometer unha única coalición, "cos galegos". Porque, asegura, "quen vota ao PP sabe a quen vota e sabe cal é o seu programa". Mentres no exterior do recinto taurino se desenvolvía unha sonora protesta das persoas afectadas polas participacións preferentes das antigas caixas -dúas delas lograron entrar no mitin e foron desaloxadas del antes de que Rajoy falase- Rajoy afondaba nas súas advertencias. Galicai "non pode repetir vellos erros" e "non merece outra cousa como a de 2005 e 2009", porque "non estamos para bromas". El mesmo, xustifica, "tiven que tomar decisións moi difíciles, moi duras, pero tomeinas porque o necesita Galicia e España enteira. "Solvencia" ao son de Los Limones De novo ao son do grupo Los Limones, que onte estreou a nova sintonía electoral dos populares galegos, Feijóo tomou o testemuño de Rajoy para, mentres militantes de Novas Xeracións se declaraban "fans" seus a través de carteis, presentarse como garantía dun "goberno unido, cun único proxecto", no canto de "cinco, para repartir o que non hai". Feijóo gábase de "solvencia", a que, asegura, permitiu que Galicia se "adiantase" á crise, e augura unha nova lexislatura ateigada de "sentidiño". "Sentidiño para que os galegos non teñan que pagar os pufos que deixan os políticos" ou "para que as linguas se empreguen en liberdade, sen imposicións, para falar nas linguas de Galicia". Feijóo: "Calquera comunidade autónoma cambiaría a situación pola de Galicia" De lingua foi precisamente do que mudou Feijóo para dirixirse a Rajoy. "Xa sei que é moi doado gastar e moito máis difícil pagar", que "durante oito anos pensaron que isto era unha broma" e agora esa "broma estourou", afirma, en referencia aos socialistas. Pero, malia a todo, afirma, "calquera comunidade autónoma de España cambiaría a súa situación por Galicia" e "eu non cambio Galicia por ningures", asegura. Unha nova promesa de "unidade" despediu os 12.000 asistentes ao mitin, que previamente foran arengados por Rafael Louzán e polo ex presidente Fernández Albor a pedir o voto entre os seus amigos e familiares, mesmo "debaixo das pedras", porque non hai nada ganado. Los Limones volveron atronar o recinto taurino, blindado pola Policía. Nas rúas circundantes atronaba, tamén, a protesta das preferentes. |
NOS_31534 | Chis Oliveira e Amada Traba, Inma López Silva e Carme Adán son as autoras responsábeis dos tres primeiros títulos da colección Feminismos que a editorial Galaxia vén de colocar nas librarías. | "Son tres libros que queren dar conta das múltiples perspectivas que reflicte o plural no título da colección", explican desde a editorial. ám@me. Pensar o amor no século XXI, de Oliveira (Pontevedra, 1957) e Traba (Fisterra, 1958) "aborda a necesidade de reflexionar arredor das necesidades amorosas e a aprendizaxe do amor". As escritoras consideran que "cómpre desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e os modelos esmagadores do patriarcado". A novelista e ensaísta Inma López Silva (Compostela, 1978) escribe "un axuste de contas co machismo no sector cultural e literario galego a partir da súa propia experiencia". Chámame señora, pero trátame coma a un señor é "un relato biográfico que resultará incómodo para uns e estimulante para outros". A Carme Adán (Donostia, 1966), profesora de filosofía e ex deputada do BNG, corresponde a terceira das obras, Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión. "Describe a situación de violencia que o patriarcado exerce sobre as mulleres, sobre os seus corpos", indican desde a edutorial. A colección Feminismos presentarase o 2 de decembro no Culturgal. Asistirán as autoras e o director de Galaxia, Francisco Castro. Antes, o 24 de novembro, na Casa do Libro de Vigo ás 18.00 horas, Adán, Castro e a dramaturga e actriz Marta Pérez farán o propio con Feminicidio. |
NOS_2297 | O ex concelleiro do BNG de Ourense Andrés García Mata acaba de ser absolvido dun delito de prevaricación continuada pola xuíza do Xulgado do Penal Número 1 da cidade das Burgas. A demanda foi interposta por Gonzalo Pérez Jácome, actual alcalde, durante a súa época de portavoz do grupo municipal de Democracia Ourensá. | Jácome vía prevaricación na adxudicación das obras de acondicionamento de espazos urbanos na rúa Bedoya por un importe de 623.000 euros. A xuíza quítalle agora a razón ao absolver o ex concelleiro do BNG. As obras foron adxudicadas mediante un procedimento negociado sen publicidade e urxente. Nos fundamentos da sentenza, a xuíza destaca que non ficou probado que García Mata soubese que recorrer a ese procedimento fose contra a normativa vixente. A celeridade na realización das obras veu determinada, entende a maxistrada, porque a Xunta concedera subvencións ligadas á súa pronta execución. García Mata demitiu do seu cargo como concelleiro en 2010 após ser imputado por outro caso, a tramitación duns paneis publicitarios e informativos, desta volta a resultas dunha denuncia interposta polo PP. Naquela ocasión tamén fora absolvido pola Audiencia Provincial. |
NOS_27513 | A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, AELG, en colaboración co IES Álvaro Cunqueiro celebra esta terza feira, 11 de marzo, unha homenaxe á escritora Xela Arias, cun dos seus versos por título "a procura dos trazos que nos describan". | Ás 19 horas deste 11 de marzo, no mes no que a escritora faría 52 anos, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, AELG, celebra no IES Álvaro Cunqueiro, no que impartiu aulas, unha homenaxe á poeta Xela Arias, dez anos despois do seu pasamento en 2013. Participarán no acto persoas que se acheguen a súa traxectoria vital e literaria desde distintos ámbitos de actuación. Os editores Manuel Bragado e Fran Alonso, a editora da súa obra completa que sairá proximamente en Xerais, María Xesús Nogueira, as poetas Antía Otero e Marta Dacosta, o poeta e tradutor da súa obra para o español, Eduardo Estévez, o autor Avelino González e a escritora Ana Iglesias participarán na homenaxe na que intervirá Mercedes Queixas en nome da AELG. A promotora do certame poético Xela Arias do IES a Sangriña mais a poeta premiada Alba Cid intervirán tamén no acto. A música virá da man do grupo Xardín desordenado e do clarinetista Fernando Abreu coa voz da tamén escritora Iolanda Zúñiga. "Xela Arias, unha escritora que non se pode conter nas marxes da xeración que a viu nacer, transcendeu as lindes da escrita e puxo a palabra en contacto con outras disciplinas artísticas", destacan na AELG da súa traxectoria polifacética na que a escritora estivo singularmente vinculada ao mundo do libro, como autora, editora e tradutora. A escritora Marga do Val recorrera a súa traxectoria ao se faceren dez anos da súa morte e a poeta Marta Dacosta lembra á poeta en dous artigos publicados en Sermos Galiza. |
NOS_18594 | A dez anos vista da desaparición do equipo Xacobeo Galicia ante a falta de apoio institucional por parte da Xunta, as consecuencias daquela medida poden observarse hoxe, cando non hai nin un só representante galego nunha Volta Ciclista a España que comezou onte e na que o Ézaro volverá ser protagonista. | Euskal Herria acolleu o comezo da Volta Ciclista a España máis atípica da historia cunha etapa de media montaña con final nun Alto de Arrate que conquistou Primoz Roglic, o esloveno do Jumbo Visma, que torna no primeiro líder desta versión reducida -consta de tres etapas menos que en 2019- dunha proba que se estenderá até o vindeiro día 8 de novembro. Lamentabelmente, o golpe de morte dado ao ciclismo galego o día que a Xunta decidiu acabar co Xacobeo Galicia após retirarlle o seu apoio no outono de 2010, apenas días despois de que Ezequiel Mosquera finalizara como subcampión na Volta a España, levou a que nin un só ciclista do país figure entre os 176 que foron da partida onte en Irun. Polo tanto, a terra que viu nacer a Raul Rey, José Bernárdez, os irmáns Emilio e Delio Rodríguez -aínda hoxe o home con máis vitorias de etapa na rolda española-, Álvaro Pino, Marcos Serrano, Óscar Pereiro ou Gustavo César Veloso, e que cada fin de semana ve como todos os recunchos do seu territorio son percorridos por persoas a lombos das súas bicicletas, terá que conformarse -Que remedio!- con ser sede de tres das 18 etapas que conforman a Volta. Tom Dumoulin, favorito; Froome, unha incógnita. O cadro de competidores do que poderán gozar as e os afeccionados galegos, se os abandonos previos ou as expulsións a causa da Covid-19 non o impiden antes, é de primeira orde. Grazas a que en 2020 o Tour de Francia se disputase antes do Giro de Italia, as principais estrelas do ciclismo mundial competirán na Volta, coa principal excepción do vixente campión da rolda gala, o esloveno Pogacar. Un dos principais favoritos ao título é Tom Dumoulin, quen parece deixar atrás definitivamente os seus problemas derivados da lesión e posterior infección que o tivo un ano sen correr. Porén, e a pesar de que o seu nivel actual é incógnita até para el mesmo, nunca hai que descartar a Chris Froome, o mellor ciclista da década pasada, quen volve logo do brutal impacto contra un muro no que fracturou fémur, cotobelo e varias costelas. Unha etapa contra o reloxo e dúas das 'rompepernas' en territorio galego A Volta Ciclista a España entra na Galiza o día 3 de novembro, terza feira, logo dunha xornada de descanso após subir consecutivamente os portos asturianos de La Farrapona e o lendario L'Angliru. Esa primeira etapa en territorio galego será unha contra o reloxo individual de perfil mixto, pois logo de 31 quilómetros totalmente chans os ciclistas terán que subir o impoñente miradoiro do Ézaro, sendo máis que probábel un cambio de bicicleta en plena ruta que favoreza, aínda máis, o espectáculo televisivo. Ao día seguinte o pelotón percorrerá nin máis nin menos que 204 quilómetros entre Lugo e Ourense, nunha etapa 'rompepernas' pensada para favorecer as escapadas. Finalmente, a 'serpe multicor' abandona Galiza o 5 de novembro tras percorrer o sur do país atravesando Mos, As Neves ou Arbo. |
NOS_48433 | A Comisión de Saúde Pública acepta vacinar as mulleres embarazadas ou que dan o peito ás crianzas, con Pfizer ou Moderna. | Cambios na estratexia de vacinación. A Comisión de Saúde Pública, integrada polo Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas, aprobou esta terza feira o uso da vacina Janssen, monodose, contra a Covid-19 para os menores de 60 anos, até o momento só estaba autorizada en maiores de 70 anos. Os primeiros en recibilo serán os de 50 a 59 anos. Tamén se validou para inmunizar coa vacina Pfizer adolescentes de entre 12 e 15 anos con "condicións de risco moi alto", como grandes dependentes ou menores que están en centros de educación especial. Para facelo, con todo, haberá que esperar a que a Axencia Europea do Medicamento dea luz verde, algo previsto para os próximos días. Esta terza feira, a Administración estadounidense xa o fixo. O resto de adolescentes, "non terán prioridade neste momento". Tamén recibirán a dose de Janssen, filial de Johnson & Johnson, aqueles grupos cunha situación vulnerábel, como persoas sen fogar, traballadores temporais ou inmigrantes non regulados. Tamén grandes dependentes de "difícil accesibilidade", mariñeiros, persoas con autismo profundo e cooperantes en países de alto risco, entre outros. A Comisión de Saúde Pública tamén decidiu que as mulleres embarazadas ou que dan o peito serán vacinadas con Pfizer ou Moderna. Por suposto, serán inmunizadas cando corresponda ao seu grupo de idade. Con respecto á segunda dose de AstraZeneca, os representantes territoriais decidiron ampliar o prazo para recibila das 12 semanas previstas inicialmente até as 16. Mentres tanto, seguirá estudando o que é máis seguro, se volve administrar a segunda fose con esta vacina ou con outra. |
PRAZA_1468 | ENTREVISTA O líder de Def Con Dos, imputado por enaltecemento do terrorismo, cre que "o dereito á liberdade de expresión non ten por que ser algo agradable". "Temos que estar dispostos a escoitar cousas que non nos gusten", asegura. | Canalizaron a aversión ás bandurrias e aos leotardos masculinos nun himno xeracional, Tuno bueno, tuno muerto. Fixeron a súa particular contribución ao fomento do turismo en Estremadura con Veraneo en Puerto Hurraco. E remataron con La culpa de todo la tiene Yoko Ono. Pero nin o colectivo de tunos, nin as vítimas do terrible crime dos irmáns Izquierdo, nin a muller de John Lennon actuaron nos tribunais contra o grupo galego-madrileño Def con Dos e o pai de todas as súas letras, César Montaña Lehman, César Strawberry. Pero axentes antiterroristas detiveron o vocalista o 19 de maio na porta da súa casa. Na súa primeira entrevista desde entón, Strawberry enmarca o arresto no "intento de criminalizar as forzas políticas emerxentes". De que o acusan e en que se fundamenta a imputación? Estou imputado por un delito de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas do terrorismo. Está motivada, supostamente, por uns tuits que publiquei, supostamente, hai ano e medio polo menos. Dos 8.000 tuits e retuits que figuran na miña conta, hai aproximadamente nove que se achegan como proba para defender esta acusación. Segundo se publicou, nesas mensaxes había alusións á actividade de grupos terroristas. En que contexto escribiu esas mensaxes? Non son capaz de lembralo. Non teño unha memoria dabondo precisa para acordarme deste tipo de cousas. "A operación móntase cunha intencionalidade política nun momento moi concerto; foi a véspera do Día Sen Música e a cinco días das municipais" Ten polo menos a sensación de que nalgún momento da súa vida enalteceu o terrorismo? En momento ningún. Esta operación móntase cunha intencionalidade política nun momento moi concreto. A min detéñenme, curiosamente, a véspera do Día Sen Música, que ten a súa ironía, unha iniciativa que convocou ao gremio de músicos en contra a subida do IVE de Montoro. Faltaban cinco días para as eleccións municipais. Detéñenme cando abondaba con enviar un requirimento xudicial, sen necesidade de que cinco axentes te vaian a buscar, te deteñan, te confisquen o móbil sen o teu permiso, che pidan o teu pin, vulneren os teus dereitos constitucionais... En 25 anos de traxectoria artística xamais fora detido. Son 25 anos exercendo a miña liberdade de creación artística a través das miñas cancións e dos meus libros. Por que as mensaxes en Twitter e non, por exemplo, as letras de Def con Dos? Na miña opinión, todo isto corresponde a unha operación que tenta criminalizar o pensamento libre, disidente e a ideoloxía das persoas que non están de acordo co pensamento único e coa xente que está no goberno neste momento. Lémbrame á caza de bruxas do macartismo. Neste momento, a cultura considérase algo case subversivo. O IVE e outras medidas administrativas van dirixidas a mitigar a influencia cultural na sociedade. Existe unha lista en carteira para ir detendo conforme lles veña ben, a nivel promocional, ao Ministerio do Interior con fins electorais? Non o sei, pero a miña detención e toda a operación Araña ten toda a pinta de ter esa intencionalidade. E son unha persoa que ao longo da miña vida sentín a vixilancia e o seguimento policial en varias ocasións. "É unha operación que tenta criminalizar o pensamento libre, disidente e a ideoloxía dos que non están de acordo con este goberno" Cre entón que ser un personaxe público influíu para a súa inclusión na lista de detidos? Selecciónanme a min, a través duns tuits, e dalgunha maneira fan que represente outros 20 detidos, aos que non coñezo nin cos que teño relación ningunha. A nivel mediático exponse a miña persoa en todos os sitios e o meu grupo, creando a presunción de culpabilidade como representante de algo que non son en absoluto. Sinto vulnerados os meus dereitos. O feito de que se incautase o móbil de maneira irregular faime sospeitar de todo tipo de manipulacións sobre as mensaxes das que se me acusa. Todo isto son irregularidades que responden a unha persecución política, que me lembra moito o caso das Pussy Riot en Rusia. Pero como Putin non está ben visto por este goberno, vaise contra a miña persoa e non contra o grupo, como fixo el, aínda que eu son o autor de todas as súas letras. "Hai irregularidades que responden a unha persecución política que me lembra moito o caso das Pussy Riot en Rusia" Guillermo Zapata acaba de dimitir como concelleiro de Cultura do Concello de Madrid por uns comentarios supostamente ofensivos. Atopa relación co seu caso? Unha das razóns polas que considero que se me incautou o móbil é ver que contactos teño e con quen me relaciono. Sabido é que hai determinados políticos da nova fornada que simpatizan co meu grupo ou son fans. Teño mensaxes con Pablo Iglesias, ao que coñecín cando fun ao seu programa. Están outros como Ramón Espinar que din que lles gusta o meu grupo, a miña actitude, o que fago... Sospeito que o Ministerio do Interior buscaba información de todos eles no meu teléfono móbil. Querían ver quen son e como poden atacar eses novos políticos. A miña detención obedece a un intento de criminalizar ás forzas políticas emerxentes. Criminalizándome a min, se criminaliza ao meu grupo, aos nosos seguidores, aos meus amigos e os meus contactos. "Sospeito que Interior busca información de Pablo Iglesias no meu móbil; intentan criminalizar as forzas emerxentes" Nese sentido, o caso de Zapata é unha clara caza de bruxas na que se esperou a que tomase posesión para sacar unha serie de trapos sucios. Os chíos de Zapata que puiden ver non me parecen enxeñosos, nin graciosos, nin brillantes, pero entendo que na liberdade de expresión é así, eu leo cousas que non me gustan e non creo que deban ser consideradas delitos. Non me parece un bo sinal que tivese que dimitir, é ceder a unha presión mediática que obriga a tomar decisións que son políticas. Se queremos facer unha nova política non podemos ceder, paréceme a min, ante ese tipo de presións de medios dunha determinada ideoloxía. Polo demais, o mal gusto é tamén un dereito. A película Bad Taste (Mal gusto), de Peter Jackson, é brillantísima, gústame moito. Ou Acción Mutante, de Álex de la Iglesia, en cuxa banda sonora participamos. Na película, un grupo de discapacitados cometía accións que serían cualificadas como terroristas... As detencións por delitos de odio en Internet multiplicáronse tras o asasinato da presidenta do PP na Deputación de León, do PP. A operación Araña céntrase nas ofensas a vítimas do terrorismo, pero hai outras persoas e colectivos vilipendiados nas redes. Hai discriminación na selección de obxectivos por parte do Ministerio do Interior? Está a esaxerarse moito querendo elevar a delito determinados comentarios. E, sobre todo, nun só sentido. Hai un enorme espectro ideolóxico da dereita máis rancia que inxuriou, faltando ao respecto, humillando a vítimas, como no caso de Pilar Manjón, que non se perseguiu. Temos a un concelleiro do PP en Palencia que dixo, tan a gusto, no seu Facebook, que había que pegarlle un tiro na caluga a Pablo Iglesias e non pasou nada. Aquí hai unha discriminación absoluta, unha dobre vara á hora de xulgar os tuits e comentarios dunhas persoas, e os doutras. As autoridades encargadas de perseguir este tipo de delitos só perseguen as persoas dunha determinada ideoloxía. Hai un agravio comparativo demostrable e flagrante. "Só perseguen as persoas dunha determinada ideoloxía; hai un agravio comparativo demostrable" Nun dos tuits, vostede, ao parecer, viña dicir que Ortega Lara -millitante destacado de Vox que foi secuestrado por ETA en 1996- debería ser secuestrado na actualidade. Iso é crítica política? Humor negro? Este tamén debe ter límites? Prefiro non comentar o suposto chío antes de facelo ante o xuíz. Con todo, si quero deixar claro que o dereito á liberdade de expresión non ten por que ser algo grato ou agradable. Non é grato escoitar a xente que di cousas que non che gustan. Pero non podemos pensar na liberdade de expresión nun sentido egoísta: hai que ter en conta que outros van dicir cousas que non nos gusten e temos que estar dispostos a toleralo. Iso é a liberdade de expresión. En 2013, editamos unha canción, no disco España es Idiota, titulada Las caricaturas de Lars Vilks. Nela condenabamos o primeiro ataque á revista Charlie Hebdo, e tamén o faciamos coas queimas do Corán que só buscaban provocar disturbios absurdos onde morrían moitas persoas. Hai unha cita do redactor xefe de Charlie Hebdo, Gerard Biard, nunha entrevista de 2012, que me gusta moito: "A autocensura é o principio do autoritarismo". Hai que manter o sentido común, o respecto polas persoas que sufriron, por suposto, o respecto pola dor allea, a empatía coa dor allea, pero tamén hai un debate que é o da ofensa. O xogo da ofensa non depende tanto do suposto ofensor senón do que vive predisposto a ser ofendido. Hai determinadas correntes ideolóxicas que están permanentemente expostas á ofensa, por exemplo as correntes radicais do Islam, que tentaron promover a blasfemia. É algo moi perigoso. Existe unha tendencia xeneralizada a acosar a liberdade de expresión. "Moitos dos líderes que mostraron as súas condolencias polas vítimas de Charlie Hebdo' perseguen a liberdade de expresión nos seus países" O problema é que determinado humor negro estaba tipificado no Código Penal e ninguén se decatou? O humor negro fixo moito pola liberdade neste país. É o caso de Hermano Lobo, La Codorniz, actualmente El Jueves, Mongolia ou Charlie Hebdo, por suposto, con moitos anos na fronte de batalla pola liberdade de expresión. Moitos dos líderes que mostraron as súas condolencias en París polas vítimas da revista están a perseguir a liberdade de expresión nos seus países. En Arabia Saudita hai blogueiros castigados a 80 lategazos. Iso di moito da deriva que pode tomar esta actuación contra a liberdade de pensamento, ideolóxica e de expresión en xeral. Que relación teñen as redes sociais coa súa profesión? Na actualidade, non se pode concibir ningún tipo de proxección profesional, artística ou de pensamento sen Internet. A Rede creou unha canle de comunicación co mundo no cal existe unha enorme liberdade que escapa ás grandes axencias de información internacional que antes a copaban. Agora temos a Wikileaks, Snowden... que destaparon casos de corrupción, de feitos reprobables dos nosos gobernantes que se denunciaron grazas a Internet. Todos temos este aparello do diaño que se chama smartphone que tamén se converteu no noso peor inimigo. Accedes a todo desde el, pero tes toda a túa intimidade aí dentro. E sitúactehe continuamente. Nese sentido, Google sería a maior empresa de espionaxe do mundo. Tivo xa consecuencias na súa vida o arresto e a imputación? O dano ocasionado á miña imaxe pública afecta directamente ao meu dereito ao traballo. Os músicos traballamos moito con Concellos e outras entidades públicas. Sinalóuseme en medios xeneralistas como cabeza visible de 20 persoas ás que se acusa por un delito parecido e ás que nin tan sequera coñezo. "Detrás de todo hai unha estratexia do medo, de que a xente teña medo a falar, de exemplarizar nunha persoa determinados delitos" Seguiu utilizando Twitter despois da detención? Sigo utilizando as redes sociais, sigo opinando, falando de todo o que considero, coa mesma liberdade que antes. Creo que detrás de toda esta persecución hai unha estratexia do medo, de que a xente teña medo a falar, de exemplarizar nunha persoa determinados delitos para que persoas que se identifican con el, neste caso o meu público, os meus fans, os meus seguidores, se lles transmita un medo ou unha advertencia para que teñan moito coidado co que din. O Gran Irmán aínda te vixía. |
NOS_29830 | Un "proxecto autónomo". Iso é no que acreditan Juan Carlos Monedero e Carmen Santos. O fundador de Podemos considera que o proceso de constitución de En Marea "debería terse feito doutra maneira". | Monedero e Carmen Santos salientaron o sábado nun acto público en Pontevedra que Podemos debe desenvolverse na Galiza como "proxecto autónomo" e "con entidade propia" dentro dun marco de "pluralidade" con outras forzas políticas. Quen foi un dos fundadores de Podemos lembrou que "moita xente non entendeu a xenerosidade" da formación morada ao entrar a formar parte de En Marea, cuxo proceso "debería terse feito doutra maneira". Tamén asegurou que Podemos "é necesaria" para "reforzar" En Marea, "necesitamos na Galiza e no Estado que Podemos Galicia exista". Por outra banda, defendeu que a forza política sexa "delimitada e con entidade propia" no país, e cunha "relación irmandada con Podemos no Estado". Na mesma liña, Carmen Santos apelou a un "proxecto autónomo e diferenciado con alianzas". Catalunya Monedero tamén se referiu ao procés soberanista encetado en Catalunya. Afirmou que "a solución ao reto catalán" producirase cando En Comú Podem goberne a Generalitat e Podemos no Estado español. E advertiu de que o referendo do 1-O é "un falso referendo". Aproveitou para cargar contra o president, Carles Puigdemont, a quen vinculou co "Goberno do 3%". Aliás, amosouse partidario de levar "ao conxunto do Estado" un "referendo pactado e vinculante" que remate por ancorar o que denominou –seguindo os termos marcados na constitución española- "nacionalidades históricas", en referencia a Galiza, Catalunya e Euskal Herria. |
PRAZA_16932 | A Audiencia de Navarra condena a nove anos de prisión aos cinco acusados por un delito continuado de abuso sexual e absólveos do de agresión sexual, polo que entende que non existiu violencia ou intimidación O movemento feminista galego convoca concentracións contra a sentenza | O movemento feminista galego convoca concentracións contra a sentenza OPINIÓN | É unha violación, estúpidos! A Audiencia Provincial de Navarra condena a La manada por un delito continuado de abuso sexual a nove anos de prisión polos feitos que se remontan ao 7 de xullo de 2016. O tribunal considerou que os integrantes do grupo, Antonio Manuel Guerrero Escudero, Jesús Escudero, José Ángel Prenda, Alfonso Jesús Cabezuelo, e Ángel Boza, son culpables dun delito de abuso sexual e non de agresión sexual, tal e como pedía a Fiscalía e a acusación particular, e do que foron absoltos. Tamén foron absoltos dun delito contra a intimidade e só un foi condenado a 900 euros de multa polo furto do móbil da moza: Antonio Manuel Guerrero, que confesou o roubo. O Código Penal define o delito polo que foron condenados, abuso sexual, como actos que atenten contra a liberdade sexual "sen violencia e intimidación" e sen que medie consentimento. Por tanto, o tribunal entende que non existiu violencia e intimidación, tal e como se define o delito de agresión sexual na lei. Os maxistrados si consideran que houbo prevalimento, que se produce cando o agresor se aproveita dunha concreta e especial situación de superioridade, confianza, prestixio ou potestade con respecto á vítima. O tribunal entende que non existiu violencia e intimidación, tal e como se define o delito de agresión sexual na lei Ademais dos nove anos de condena, o tribunal impúxolles a prohibición de achegarse á vítima a unha distancia inferior aos 500 metros e a prohibición de comunicación coa vítima durante 15 anos. Ademais, tras cumprir a pena de cárcere, todos deberán cumprir cinco anos de liberdade vixiada. O presidente da Sección Segunda da Audiencia Nacional, José Francisco Cobo, leu a ditame contra a unha do mediodía na sala de vistas 102 do Palacio da Xustiza de Navarra. A sentenza contou co voto particular do maxistrado Ricardo González, que pedía a absolución dos cinco integrantes de La manada e só recoñecía a condena a un deles polo furto do móbil. A Audiencia de Navarra tamén considerou que son responsables civís e, por iso, condenounos a indemnizar conxuntamente á moza con 50.000 euros e con 1.531,37 euros ao Servizo Navarro de Saúde. VÍDEO | As manifestantes ante a Audiencia de Navarra reciben a sentenza de #LaManada con apupos e berros de "fóra, fóra" https://t.co/u5d0e1zDib pic.twitter.com/dZ7MPgyX4F — Praza Pública (@prazapublica) 26 abril 2018 Concentración ás portas da Audiencia de Navarra / eldiarionorte Peticións das acusacións A Fiscalía pedía para os acusados 22 anos de cárcere: 18 por un delito de agresión sexual, 2 anos por delito contra a intimidade e outros dous polo roubo con intimidación do móbil. As penas que solicitaba a acusación particular ascendían a 25 anos. As defensas, por contra, esixían a absolución dos seus clientes. As partes, por unha banda, Fiscalía e acusacións populares e particulares, e por outra, as dúas defensas, tamén asistían á lectura. Ás portas do Palacio, unha concentración de colectivos feministas agardaba con impaciencia o fallo. Pasaron 21 meses desde o 7 de xullo de 2016, o día en que se produciron os feitos, de madrugada e en só corenta minutos: ese é o tempo que transcorreu entre a primeira conversa entre cinco homes e unha muller nunha praza de Pamplona e a saída do grupo de mozos dun portal. Dentro, ela, en estado de shock, que pouco despois foi atendida por unha parella que a viu chorar desconsolada na rúa. "Queres que chamemos á policía?". "Si", respondeu ela. Os axentes recolleron a súa denuncia por agresión sexual grupal e os cinco mozos foron detidos horas despois. O cinco homes pasaron estes 21 meses en prisión provisional. Sentenza íntegra |
NOS_19433 | As candidatas do BNG-Nós Candidatura Galega e a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, presentaron na mañá do sábado na cidade da Coruña as propostas arredor da igualdade e contra o terrorismo machista nun acto conducido pola actriz Isa Risco. | "Farta" dos "machos alfa da política". Así se declarou na mañá do sábado diante dos medios de comunicación a portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, quen acompañada das candidatas por Ourense e Lugo, Noa Presas e Olalla Rodil, presentou as propostas das nacionalistas en materia de igualdade e de loita contra o terrorismo machista. Pontón acusou os "machos alfa da política" de considerar as mulleres "un mero decorado de campaña electoral" e reivindicou o voto ao BNG-Nós como a "mellor opción" para aquelas persoas cansas desa situación. Tamén defendeu a papeleta do BNG como a mellor "para quen quere deputados e deputadas que defendan os intereses dos galegos e das galegas sen ter que pedir permiso a Rajoy, Sánchez ou Iglesias". Pontón, sobre o debate a catro: "Ningún dos catro magníficos dedicou nin un só minuto a falar das súas propostas en temas de igualdade e violencia de xénero" A portavoz nacional do Bloque apelou a vivir "nun mundo en igualdade real, máis aló de política dos floreiros" e reivindicou que o "cambio sexa real tamén para as mulleres". Neste contexto censurou a actitude dos candidatos estatais que participaron no debate televisado a pasada segunda feira, "ningún dos catro magníficos dedicou nin un só minuto a falar das súas propostas en temas de igualdade e violencia de xénero, malia o asasinato continuado de mulleres e malia que cada día hai 300 denuncias por malos tratos". Propostas salientadas por Pontón Entre as propostas defendidas por BNG-Nós, Pontón salientou a penalización ás empresas que paguen un salario inferior ás mulleres que aos homes por igual traballo; o incremento dos permisos de maternidade e paternidade para facilitar a conciliación familiar e laboral; a inclusión do termo feminicidio na lei para non deixar fóra ningunha situación de violencia de xénero e a aprobación do estatuto da vítima de terrorismo machista. Presas: "Non estamos en política para ser as primeiras damas de ninguén" A número 1 por Ourense, Noa Presas, instou a condicionar sen maiorías absolutas un Goberno que se "comprometa en serio coa erradicación da discriminación e das prácticas sexistas tamén na esfera pública" e instou as mulleres "a protagonizar a vida política e tomar os centros de decisión, porque non estamos en política para ser as primeiras damas de ninguén". Rodil carga contra a discriminación laboral Olalla Rodil, cabeza de cartel por Lugo, referiuse á discriminación laboral e salarial que padecen as mulleres e denunciou os "teitos de cristal" e os casos de traballadoras que son despedidas por quedaren embarazadas, unha situación, dixo, que se agravou "coas políticas neoliberais que aproveitan a crise para cargar sobre as mulleres o coidado dos dependentes e das persoas maiores, devolvéndonos ao papel de coidadoras". |
NOS_12736 | Na orde de detención figuran Martín Villa, Utrera Molina (sogro de Gallardón) ou Osorio García, con responsabilidades tamén na Transición. O ministro de xustiza xa avanzou que non atenderá esa petición. | A sección da Interpol de Arxentina vén de cursar unha comunicación con carácter de urxencia á oficina de Madrid solicitando a detención preventiva con fins de extradición de 20 persoas investigadas pola xuíza María Servini por crimes do franquismo. Unha listaxe de persoas entre os que hai persoas con importantes cargos de responsabilidade tamén na Transición española, como é o caso de Rodolfo Martín Villa. Nun ditame de 307 páxinas o ministerio público arxentino demanda a imputación de ex-funcionarios da ditadura fraquista sobre os que emite orde de detención internacional no marco da coñecida como 'Querela arxentina'. A orde de detención afecta a ministros fraquistas, membros do aparello xudicial daqueles anos e das forzas armados. Os imputados A maxistrada arxentina, para alén de imputar a Martín Villa (ministro de Gobernación entre 1976-79) e a Utrera Molina (sogro do ex-ministro Ruíz Gallardón), tamén imputa a ex-ministros como Carro Martínez, Licinio de la Fuente, Sánchez ventura ou Osorio García. Considéraos responsábeis de acontecementos como a morte do libertario catalá Puig Antic, o asasinato de 5 obreiros en Vitoria ou dos últimos fusilamentos do fraqnuismo: tres militantes do FRAP e dous de ETA. Por outra parte, esta quinta feira haberá no Parlamento galego un encontro do portavoz do grupo parlamentar do BNG Francisco Jorquera e a deputada Ana Pontón con Inés García Holgado, impulsora da querela contra crimes do franquismo en Arxentina. |
NOS_49310 | A inspección do proceso electoral do 20 de outubro está previsto que dea comezo esta segunda feira, 4 de novembro, mentres que os opositores máis radicais ao presidente boliviano toman as rúas diariamente tal e como acontecera en 2008. | O líder de Comunidade Cidadá e candidato á Presidencia de Bolivia nos pasados comicios de 20 de outubro, Carlos Mesa, solicitou este domingo, 3 de novembro, unha nova convocatoria electoral, despois de mudar de opinión e desbotar a posibilidade dunha auditoría electoral integral, que estaba previsto que dese comezo nesta segunda feira. Mesa primeiro esixira unha segunda volta, rexeitando o cómputo oficial de votos. Posteriormente, demandara a auditoría internacional por sospeitas de fraude. Agora solicita a anulación das eleccións e esta segunda convocatoria, cos opositores máis radicais ao presidente boliviano, Evo Morales, tomando as rúas diariamente. Morales, ao respecto, considera que Santa Cruz, a rexión máis próspera do país, está detrás dunha nova tentativa de golpe de Estado, tal e como acontecera en 2008 cando tivo que declarar o estado de sitio na rexión de Pando. «Hai fraude... Agora, que din?: 'Fóra Evo'. Xa non é tema de fraude, é un tema de golpe, sinalou. Ademais, o presidente boliviano anunciou unha «xuntanza de urxencia» co movemento obreiro e cos movementos sociais para facer fronte ás novas circunstancias derivadas do non recoñecemento por parte da oposición do resultado dos comicios. |
NOS_12984 | O trámite poderá facerse durante unha semana. A publicación provisional será até 9 de xuño e a definitiva até 26 de xuño. | A Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional reabre desde esta segunda feira e durante unha semana, até a seguinte segunda feira día 18, o prazo para que as familias soliciten o cambio ou a admisión en centros escolares para o vindeiro curso 2020/21. Este trámite que agora se retoma fora suspendido pola declaración do estado de alarma, polo que durante o próximos sete días as familias que non presentaran a solicitude poderán facelo. En concreto, este período de admisión vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo --maioritariamente en 4º de Educación Infantil--, así como para aquel de todos os niveis que desexen cambiar de centro, sempre que haxa prazas dispoñíbeis. As solicitudes poderán presentarse preferentemente de maneira telemática, a través do portal 'admisionalumnado' da páxina da Consellaría, aínda que tamén se pode facer de forma presencial nos propios centros. Posteriormente, as listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído publicarase até 9 de xuño, mentres que o definitivo será até 26 dese mesmo mes. Tras iso, a formalización da matrícula para todos os ensinos irá do 1 a 10 de xullo, aínda que haberá un prazo extraordinario do 1 a 10 de setembro. |
PRAZA_12588 | Nun momento de encrucillada histórica para Galiza coñecer a Valentín Paz Andrade, esta figura esencial do noso século XX faise absolutamente necesario. Foi un astuto avogado, un xornalista comprometido, un poeta apaixoado, un atarefado emprendedor, un adiantado lusitanista, un historiador contemporáneo, un experto en economía pesqueira a nivel internacional, un republicano valente, un galeguista dende o berce e un incansable defensor da autonomía galega. | Na Fundación Luís Seoane da Coruña hai unha exposición titulada Valentín Paz-Andrade, Galiza como Tarefa que se trasladará a Vigo a partir de maio. Consta de varios paneis que repasan a vida deste home cheo de enerxía e valor e, ademais, nas vitrinas pódense contemplar obxectos persoais, documentos, esculturas… e nas paredes vai pendurada parte da colección de obras de arte de pintores galegos que a súa viúva conserva con mimo nunha casiña fronte as Illas Cíes. Co gallo do Día das Letras Galegas abriuse unha web oficial, www.valentinpazandrade.es, onde atopar máis información. Nun momento de encrucillada histórica para Galiza coñecer esta figura esencial do noso século XX faise absolutamente necesario. Foi un astuto avogado, un xornalista comprometido, un poeta apaixoado, un atarefado emprendedor, un adiantado lusitanista, un historiador contemporáneo, un experto en economía pesqueira a nivel internacional, un republicano valente, un galeguista dende o berce e un incansable defensor da autonomía galega. "O galeguismo de conservador non tiña nada porque viña restaurar unha cousa que non había. Era un movemento de reforma social, política e cultural" En 1930, Valentín funda o Grupo Autonomista Galego e participa no anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galiza que se aproba en xullo de 1936: "O galeguismo de conservador non tiña nada porque viña restaurar unha cousa que non había. Era un movemento de reforma social, política e cultural. Quería restablecer o idioma, darlle a terra a quen a traballa, restaurar a imaxe histórica de Galiza, a liberdade deste país que estaba aferrollado. Este enfoque non pode dar máis que unha definición de esquerdas". Polo seu compromiso, durante o franquismo, estivo preso na cadea en tres ocasións; foron tres, tamén, os lugares do seu desterro; dous falanxistas intentaron asasinalo; dous sindicalistas pegáronlle cinco tiros; e, en numerosas ocasións, sofriu serios atrancos do réxime para poder sair do país e cruzar o Atlántico nas súas misións como experto da FAO en economía pesqueira. En plena transición democrática representa a Galiza na Comisión dos Dez. Introduce a problemática das nacionalidades históricas En plena transición democrática representa a Galiza na Comisión dos Dez. Introduce a problemática das nacionalidades históricas; é o primeiro en poñer sobre a mesa a gravedade das desigualdades socio-económicas territoriais, esixindo unha compensación para Galiza (idea que fará súa Jordi Pujol con éxito para Catalunya); e convence a Adolfo Suárez para modificar a Lei Eleitoral para ser máis xenerosos coas circunscripcións demográficas febles como a galega. Pero advertía: "Contentámonos con pouco. Eu sempre propugnei que había que ir ao fondo das cuestións, mais algúns pensaban en restaurar a democracia como fose. E o híbrido que resultou conserva as estructuras do centralismo intactas dentro dunha fachada autonomista. Unha contradicción interna radical que co tempo pode esterilizar a acción". Pero, de súpeto, transformámonos en caníbales, desaparecen as caixas de aforro galegas e os medios de comunicación en galego Froito dun grande esforzo, nace o Estatuto de Autonomía de 1981: Artigo 1. Galiza, Nacionalidade Histórica, constitúese en Comunidade Autónoma para acceder ao seu autogoberno […] e asume como tarefa principal… a defensa da identidade de Galiza e dos seus intereses… Pero, de súpeto, transformámonos en caníbales, desaparecen as caixas de aforro galegas e os medios de comunicación en galego, a cultura agoniza porque o seu alento o levan toneladas de pedra, debilitan a educación e a sanidade públicas galegas, as galescolas transfórmanse nunha galiña azul, empresas que nacen en Galiza deixan de ser galegas en canto se fan rentables, as nosas cooperativas son obrigadas a paralizar a súa producción animal e outro tanto pasa coa pesca autóctona e, por se fose pouco, arden as Fragas do Eume… A antropofaxia é hoxe inconcebible e eu pregúntome se é legal desfacer un país no canto de construílo. No seu fermoso poemario Cen Chaves de Sombra, Valentín escribía: Galiza un pouco cada día morre… Se non viramos rumbo ao navegar Poñamos vela ao vento que hoxe corre Ronsel abrindo cara un novo mar Na primavera de 1987, cando nena, dinlle un bico na meixela e díxenlle adeus para sempre a aquel home de ollos intelixentes e intuitivos que albiscaban o mar, o amado mar, ese elemento que nos comunica e nos alimenta. Como ía saber eu que no seu legado estaban as cen chaves que nos sacarán da sombra. |
NOS_17701 | Sigue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto. | 🔴 [EN DIRECTO] 16.32 | Estes son os países que votaron a favor de suspender Rusia do Consello de Dereitos Humanos da ONU A Asemblea Xeral de Nacións Unidas (ONU) vén de votar a favor de suspender Rusia do Consello de Dereitos Humanos, con motivo da guerra de Ucraína. Relación de votos Dos 193 países que teñen dereito a voto, exercérono 176. A sesión tiña como característica especial que as abstencións non contabilizaban no reconto final, que para saír adiante tiña que contar con dous terzos dos votos a favor. Finalmente, recibiu 79%. Estes son os países que votaron a favor de suspender Rusia do Consello de Dereitos Humanos da ONU 16.32 | Zelenski comparece no Parlamento grego xunto cun neonazi do Batallón Azov O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, compareceu nesta quinta feira de xeito telemático no Parlamento grego, como ven facendo nos últimos días en diversos países, un deles o Estado español. Na súa intervención, Zelenski cedeu nun momento a quenda de palabra a un combatente neonazi do Batallón Azov, que actualmente se atopa na cidade sitiada de Mariupol. Zelenski comparece no Parlamento grego xunto cun neonazi do Batallón Azov 14.10 | Un vídeo amosa soldados ucranianos aniquilando militares rusos capturados O xornal The New York Times verificou nas últimas horas as imaxes difundidas por un canal ruso de Telegram onde se ven militares ucraínos masacrando prisioneiros rusos, feridos, tendidos no chan e coas mans atadas ás costas. Un vídeo amosa soldados ucranianos aniquilando militares rusos capturados 12.44 | A OTAN intercepta unha aeronave rusa perto do espazo aéreo aliado en Noruega O incidente tivo lugar a pasada terza feira e obrigou a actuar a un caza F-35 noruegués que fixo unha engalaxe de emerxencia e interceptou a aeronave rusa, confirmou un portavoz da OTAN a Europa Press. "De acordo cun patrón que observamos regularmente, este avión ruso non estaba a seguir os procedementos de seguridade aérea recoñecidos internacionalmente", indicou o portavoz da Alianza que indicou que o piloto ruso non comunicou a súa posición nin se puxo en contacto co control do tráfico aéreo. 12.28 | España descarta enviar material pesado a Ucraína O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, descartou o envío alegando que agora mesmo non hai unha acción coordinada na OTAN, a pesar de que a organización se abriu a que cada aliado mande material pesado e ofensivo ante a nova fase na que entra a guerra no leste de Europa. 12.13 | A suspensión de Rusia no Consello de DDHH da ONU "socavaría a confianza" no organismo As autoridades de Rusia afirmaron esta quinta feira que a posíbel suspensión do país no Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas "socavaría a confianza" no organismo e na "totalidade do sistema de Dereitos Humanos da ONU". "Se a resolución é adoptada, os occidentais poderán impor libremente ao resto de países os conceptos da súa visión dos Dereitos Humanos, que os satisfán tanto a eles como aos cómplices occidentais", afirmou o representante permanente de Rusia ante o organismo, Gennadi Gatilov. 10.27 | Máis de 4,3 millóns de refuxiados fuxiron de Ucraína desde o inicio da guerra A saída forzada de poboación civil da Ucraína desde que comezou a invasión rusa afecta xa a máis de 4,3 millóns de persoas segundo as últimas actualizacións do Alto Comisionado para os Refuxiados (ACNUR). Só a Polonia chegaron máis de 2,5 millóns de persoas, aínda que as autoridades locais non poden precisar cantas seguen en territorio polaco e cantas seguiron o seu roteiro cara a outros países de Europa. A Romanía entraron uns 662.000 refuxiados; 404.000, a Hungría, 401.000 a Moldavia e 302.000 a Eslovaquia. 10.18 | Moscova realiza por primeira vez en rublos os pagos por eurobonos Segundo recolle Russia Today, o Ministerio de Finanzas ruso explicou que a medida foi adoptada ante o bloqueo das súas reservas en Occidente despois de que un intento de liquidar o pago de 649,2 millóns de dólares fose rexeitado por unha institución financeira estranxeira. 09.54 | Ucraína pide armamento pesado á OTAN para evitar novos masacres O ministro de Exteriores de Ucraína, Dimitro Kuleba, reclamou este xoves máis armas á OTAN, incluído material pesado, para repeler a ofensiva militar rusa e evitar novos masacres de civís como o de Bucha. "A miña axenda é moi simple só ten tres puntos: armas, armas e armas", asegurou o titular de Exteriores esta quinta feira en declaracións xunto ao secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, antes de participar na reunión de ministros aliados. 09.40 | Estados Unidos descarta ataques químicos en Ucraína Tras a publicación dunha guía en caso de catástrofe humanitaria polo uso de armas químicas e nucleares en Polonia, Estados Unidos descartou ataques químicos en Ucraína. "Non vimos nada que indique un ataque químico inminente dentro de Ucraína", dixo o portavoz do Pentágono, John Kirby, agregando que "respecta plenamente" a decisión do Goberno polaco de "informar e educar á súa poboación". |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.