ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_43755
Case un de cada dez das estudantes dos centros privados españois proceden de familias en condicións socioeconómicas 'menos favorábeis', unha cifra que na Galiza cae a case cero, a máis baixa de todo o Estado. A privada na Galiza é, pois, unha barreira cada vez máis forte contra a igualdade.
As circunstancias socioeconómicas da contorna do alumno ou alumna inflúen nas condicións nas que se desenvolve a aprendizaxe, o ritmo de avanzo nas etapas formativas e nos propios resultados educativos. E estas circunstancias, non é un segredo, difiren entre os centros públicos e privados. Un documento da Fundación BBVA e Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE) adéntrase e afonda nestas desigualdades e diferenzas, tamén no que respecta á Galiza. No sistema educativo español os centros públicos forman por volta de 70% do alumnado e os privados -concertados ou non- 30% restante. Os centros públicos e privados diferéncianse substancialmente polo perfil socioeconómico medio do seu alumnado. Ao distinguírense tres niveis nas condicións sociais, económicas das familias da estudante (máis favorábel, medio e menos favorábel), pódese apreciar como na Galiza nos centros públicos predomina o alumnado desa 'contorna media': 80%, unha porcentaxe que é até 20 puntos superior á media española (60%). 13,96% das e dos estudantes que cursan o ensino público son da 'contorna menos favorábel' -no Estado español é 33%- e só 5,6% vén desa procedencia socioeconómica 'máis favorábel'. A fenda Como era de esperar, as cousas mudan ao pasar ao ensino privado. Na Galiza 55,15% do alumnado deses centros é de 'contorna media' e 44,85% procede da 'máis favorábel'. A media no Estado español é de 65% de procedencia máis favorecida, 27% desa contorna 'media' e 8% da 'menos favorábel'. Así, de cada 100 alumnas e alumnos que no Estado español cursan o ensino privado, oito proceden dun ambiente con circunstancias socioeconómicas 'menos favorábeis'. Na Galiza, porén, e segundo este estudo, esa porcentaxe é 0%. Estatisticamente, na privada galega non hai alumnado procedente da clase baixa. O que contrasta, e moito, con outros territorios onde si o hai, como poden ser Euskadi e Madrid (4%), Catalunya (8%), Asturies (15%) ou Andalucía (29%). Influencia "As contornas das alumnas e alumnos son relevantes para os seus resultados formativos (...). Así, a puntuación PISA promedio en ciencias dun alumno que estuda nun centro de contorna máis favorábel supera no Estado español un de menos favorábel en 67 puntos, o que equivale a dous anos de estudo", indícase no documento. Esa fenda, porén, non é a mesma en todos os territorios e na Galiza está en 50 puntos. A puntuación en ciencias do estudantado galego de ambientes socioeconómicos máis difíciles é de 488, as de contornas medias é de 510 e a de procedencia máis favorábel, 535. Alumnado repetidor Por outra banda, un dos trazos máis negativos no caso galego e tamén español, é o da elevada porcentaxe de persoas repetidoras. Na Galiza 37% do alumnado dos centros públicos e 22% dos privados tiveron que repetir algún curso na Primaria ou ESO. A Galiza, dos territorios onde máis inflúe a situación socioeconómica Favorece o sistema educativo español a igualdade de oportunidades? Esta era a pregunta que fixo a análise de Lucas Gortázar, do Departamento de Educación do Banco Mundial. En que medida as condicións familiares e sociais afectan o percorrer do alumnado no sistema educativo? Gortázar sinala que na Galiza, entre dous alumnos en igualdade en competencias mais distintos a nivel socioeconómico (un pertencente ao cuartil máis alto e outro ao máis baixo), o de peor situación socioeconómica ten seis veces máis probabilidades de repetir curso que o seu compañeiro 'acomodado'. No Estado, a probabilidade fica por baixo de seis e nos países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) non chega a dous. Só Asturies e Madrid teñen peor rexistro que a Galiza.
PRAZA_2763
ENTREVISTA Falamos con Roberto Mansilla, analista do IGADI, sobre os resultados das eleccións deste domingo en Venezuela e as súa consecuencias na política do país e tamén de toda a rexión, no marco dun avance da dereita en Arxentina, Brasil ou Perú.
Venezuela outorgou este domingo unha vitoria contundente á oposición ao chavismo, que 17 anos despois fíxose cunha maioría clara na Asemblea Nacional. A Mesa de la Unidad Democrática (MUD) obtivo cando menos 99 dos 167 escanos en xogo, por 46 do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) e a falta de asignar outros 22. Ten polo tanto maioría absoluta na cámara, o que levará a unha situación de cohabitación co poder do Presidente Nicolás Maduro. A oposición mesmo podería acadar un dominio de dous terzos (112 escanos), que lle permitiría modificar a Constitución. O mandato de Maduro remata en 2019, cando haberá novas eleccións presidenciais, pero a oposición podería neste caso propor un referendo revogatorio no ecuador da lexislatura, a finais de 2016 ou comezos de 2017. A vitoria da oposición en Venezuela enmárcase noutros procesos (triunfo de Macri en Arxentina, presión contra o Goberno de Dilma Rousseff no Brasil, eleccións en Perú en 2016...) nos que se pode identificar un xiro á dereita no continente. Falamos con Roberto Mansilla, analista do IGADI. "Hai problemas no liderado de Maduro, que non consegue transmitir nin por carisma nin por xestión a enorme mobilización popular que houbo nos tempos de Chávez" Como valoras o resultado? Por que o PSUV perdeu as eleccións de forma tan clara? Por unha serie de factores diversos, entre os que ten que ver moito o voto de castigo. Curiosamente o propio chavismo chegou ao poder en 1998 tamén por un voto de castigo. Inflúe moito a crise económica, a inseguridade cidadá, a escaseza de alimentos... Hai problemas no liderado de Maduro, que non consegue transmitir nin por carisma nin por xestión a enorme mobilización popular que houbo nos tempos de Chávez na Presidencia. Problemas de corrupción, con determinadas elites que se enriqueceron neste tempo, ao calor do proceso político do chavismo. Escándalos que mesmo afectaron á familia de Maduro, con dous sobriños implicados nun caso de narcotráfico. Hai tamén un problema moi grande de representatividade política, que ten que ver coa reconstitución dos espazos políticos e con novos actores que están xurdindo na Venezuela actual, con moitos actores que non se senten representados dentro do chavismo e que neste caso decidiron apostar por un voto de castigo en favor da oposición, dunha oposición que cambiou de actores, cambiou de estratexia, e vese nunha situación na que subitamente e mesmo superando as súas propias expectativas, acadou unha maioría absoluta na Asemblea Nacional. "Na oposición haberá que ver se a unidade que amosaron ante o chavismo nestas eleccións é só circunstancial ou se pode traducirse nunha maior efectividade na súa acción na Asemblea" Que consecuencias inmediatas vai ter na política venezolana? Agora hai un contexto absolutamente inédito, porque hai unha situación de cohabitación, entre un presidente chavista e unha asemblea na que a oposición vai lexislar con maioría absoluta. Hai unha especie de reeequilibrio de poderes, a Asemblea Nacional vai recuperar o seu poder decisivo como equilibrador de poderes. Que pode suceder a curto prazo? Hai que ter en conta que Maduro segue sendo presidente ata 2019, sempre que a oposición, cos escanos que faltan por asignar, acade unha maioría que lle permita levar a cabo unha serie de reformas constitucionais e abrir a posibilidade dun referendo revogatorio de Nicolás Maduro, que sería en todo caso a finais de 2016 ou a comezos de 2017, tomando en conta os prazos establecidos pola Constitución. Hai unha reconfiguración completa dos poderes públicos. A curto prazo o máis probable é que vexamos unha tensión cada vez maior entre unha Presidencia cada vez máis cuestionada no seu liderado e a Asemblea Nacional. Na oposición haberá que ver se a unidade que amosaron ante o chavismo nestas eleccións é só circunstancial ou se pode traducirse nunha maior efectividade na súa acción na Asemblea. "Podemos ver unha confrontación interna entre os dous sectores: o liderado por Capriles, máis moderado, e o outro, que esixe unha acción moito máis contundente contra o goberno de Maduro" Ten a oposición un candidato claro para gañar as eleccións presidenciais? O problema que ten a oposición é que non hai liderados visibles. Está claro que oficialmente o líder é Henrique Capriles Radonski, que gañou as eleccións primarias e se presentou dúas veces en eleccións presidenciais, perdendo ante Chávez e Maduro. Pero hai outros sectores que comezaron a emerxer na oposición nos últimos tempos, xunto con outros sectores máis radicais e máis de acción de rúa. Aí está o grupo liderado polo ex alcalde e actual preso político Leopoldo López e pola súa esposa Lilian Tintori, que está emerxendo como unha alternativa real e moi forte dentro da Mesa de Unidade Democrática. Podemos ver unha confrontación interna entre os dous sectores: o liderado por Capriles, máis moderado, e o outro, que esixe unha acción moito máis contundente contra o goberno de Maduro. O éxito de onte fará que de momento non afloren estas diferenzas, pero veremos o que pasa ao longo de 2016, cando se baralle a cuestión dun cambio constitucional. "Estamos vendo xa no chavismo unha reconfiguración de liderados e de actores que buscan unha maior representatividade política" O liderado de Maduro vai ser contestado dentro do chavismo? Ten capacidade de renovarse o movemento? Moi probablemente, porque esta é unha derrota contundente para Maduro e para o número dous do Goberno, Diosdado Cabello. Estamos vendo xa no chavismo unha reconfiguración de liderados e de actores que buscan unha maior representatividade política. A finais de 2014 presentouse un ala disidente dentro do PSUV, que é a Marea Socialista, que agrupa unha serie de personalidades, algún deles deputado, que comezan a amosar unha posición máis crítica con respecto a Maduro e Cabello, e que tentan recuperar o verdadeiro legado de Chávez, tal e como eles o expresan. No contexto desta derrota, isto pode emerxer. Este sector, xunto con outras bases populares, que están organizadas de forma comunitaria, defenden a creación dun Estado comunal, a través dos consellos comunais. "Todo isto é unha especie de cambio de movemento pendular a nivel rexional" Estamos vivindo unha reconfiguración na política do continente, un xiro á dereita. Como de profundo é este ciclo e que consecuencias pode ter? Parece que hai un certo efecto dominó. O primeiro caso foi o de Arxentina, coa vitoria histórica de Mauricio Macri, unha nova cara dentro da dereita arxentina, e cun proceso semellante ao que acaba de suceder en Venezuela, co xurdimento de novos actores dentro da oposición, que emerxen nun contexto de crise económica en toda América Latina, que afectan aos gobernos de esquerda na rexión. O mesmo, en Brasil, coa posibilidade dun impeachment contra Dilma Rousseff, que ameaza con rematar co ciclo hexemónico do PT. Veremos tamén a posibilidade de que o fujimorismo e outros actores da dereita e reaccionarios poidan chegar ao poder en Perú en 2016. Todo isto é unha especie de cambio de movemento pendular a nivel rexional, e pode levar á fin doutros gobernos de esquerda, que accederon ao poder neste ciclo progresista que viviu América Latina nas últimas dúas décadas. Haberá que ver que pasa no Ecuador de Rafael Correa, que irá a eleccións presidenciais en 2017, en na Bolivia de Evo Morales. Aínda que alí a hexemonía da esquerda parece máis consolidada. Pero en todo caso parece que estamos asistindo a un ciclo político reaccionario. "Todo isto terá consecuencias nas relacións internacionais e nos distintos mecanismos de integración rexional. E isto tamén repercutirá na implicación doutros actores externos como China" Todo isto terá consecuencias nas relacións internacionais e nos distintos mecanismos de integración rexional. É moi posible que UNASUR, CELAC, mesmo MERCOSUR, cambien as súas estratexias, e busquen un reacomodo con Estados Unidos ou a Unión Europea. E isto tamén repercutirá na implicación doutros actores externos como China, que foi o principal socio económico de varios gobernos económicos de esquerda, principalmente Arxentina, Brasil e Venezuela, e que pode ver agora contrariado con este cambio de péndulo político.
PRAZA_4224
Cal sería o custo estatal de que todas esas mulleres seleccionadas para soster o peso dos coidados na presente crise tirasen a batuta e deixaran de asumir os coidados dos que se responsabilizan case sen pensar? Como farían os poderes públicos para prestar atención inmediata a millóns de menores de idade e dependentes que, de súpeto, de xeito abrupto e inminente quedasen abandonados, sós nos seus fogares?
A mamá X , teletraballadora, está a manter unha conversa comercial dende o salón un martes calquera. Instintivamente mantén o sorriso na cara porque sabe que é o xeito de que a súa voz flúa de xeito cordial co cliente. No epicentro da conversa virase e dirixe a súa atención un tanto distraída ao seu fillo, o cal lentamente está a extraer unha cara peza de vaixela da vitrina para ouriñar nela, - explica que non lle apetecía ir ate o baño- a mamá mantén o sorriso na conversa. O seu fillo saúdaa cunha man amablemente, convencido de que ten a aprobación materna e ambos continúan na acción.No pasado século as mulleres demos o incrible salto desde o privado, da vida doméstica, para incorporarnos ao mercado laboral, fixémonos públicas. Nos últimos 50 días, o salto foi inverso e o noso espazo doméstico viuse invadido pola esfera públicaEscollo esta anécdota, entre todas as relatadas durante os pasados días, porque coido que describe dun xeito moi gráfico cal é a situación de miles de mulleres neste país durante o Estado de Alarma. A invasión do público no espazo privado.No pasado século as mulleres demos o incrible salto desde o privado, da vida doméstica, para incorporarnos ao mercado laboral, fixémonos públicas. Nos últimos 50 días, o salto foi inverso e o noso espazo doméstico viuse invadido pola esfera pública. Unha esfera que entrou atropeladamente e sen respectar as normas mais básicas de cada fogar: non respecta comidas, descansos ou tempo suficiente para realizar as xestións mais básicas. Non hai desconexión posible, todo forma parte dun continuo que altera as tan aprezadas rutinas, o sono e mesmo o xeito de alimentarnos.E esta transición está moi lonxe de ser o proceso vivido no século pasado, as mulleres actuais sufrimos unha modificación abrupta e inmediata e tivemos que ir adaptando as nosas vidas. Contamos co único apoio doutras mulleres que, en tardes de whatsapp, comparten as súas anécdotas e preocupacións como elemento terapéutico.Miles de nais, miles de fillas, miles de sobriñas, curmás, estudantes universitarias, veciñas,.... case sen pensar, colleron a batuta e son as protagonistas, desexándoo ou non, dunha das maiores crises de coidados que viviu este paísDesde a declaración do estado de alarma, miles de nais, miles de fillas, miles de sobriñas, curmás, estudantes universitarias, veciñas,.... case sen pensar, colleron a batuta e son as protagonistas, desexándoo ou non, dunha das maiores crises de coidados que viviu este país.Falo en feminino porque non cabe dúbida de que os coidados neste país seguen a ser asumidos por mulleres, as estatísticas do INE din que as mulleres dedican 2 horas máis que os homes ás tarefas domésticas. Probablemente durante a crise do Covid19 as horas dedicadas romperían todas as gráficas, xa que moitas de nós perdemos, sen desexalo, a oportunidade de ter un mínimo espazo de tempo para nós mesmas. Tivemos que afacernos a vivir na incerteza de non saber como afrontar o día seguinte ou a semana próxima, pois desapareceron todos aqueles elementos que, ate o de agora, facilitaban minimamente a mal chamada conciliación familiar.Tamén vou falar da miña experiencia máis próxima, pois nun exercicio de interseccionalidade, teño que asumir que son unha muller branca, monoparental, empregada pública e traballadora esencial e coido que nestes momentos carezo dos coñecementos precisos que me permitirían falar na boca doutras realidades femininas.Son traballadora do social, e ademais da crise dos coidados nos vindeiros meses terei que enfrontarme, xunto coas miñas compañeiras de profesión, a unha das maiores crises económicas que vivirá este paísSon traballadora esencial pero non do tipo de esenciais ás que as campañas dos bancos nomean na súa publicidade, nin das que probablemente saian a aplaudir nos balcóns ao chegar ás 8 da tarde. Son traballadora do social, e ademais da crise dos coidados nos vindeiros meses terei que enfrontarme, xunto coas miñas compañeiras de profesión, a unha das maiores crises económicas que vivirá este país, tratando de defender a dignidade e a xustiza social sobre as tendencias asistencialistas dominantes.Son desas afortunadas que sigo a loitar por manter o teletraballo, coas súas interminables horas diante do teléfono e o ordenador, cunha prórroga pouco fiable que seguirá deixándonos sen solucións ao inicio da fase 3. Outras mulleres, coma min, veranse na obriga de solicitar unha excedencia laboral pero, a gran maioría, están sendo obrigadas a incorporarse aos seus postos de traballo sen protocolos preestablecidos, sen medidas de protección, sen facilidades de conciliación. E veranse enfrontadas acotío a situacións de vulnerabilidade dos seus usuarios cunha sensación impotencia e incerteza mesturada coas obrigas morais do coidado, nuns empregos dos que dependen as necesidades mais básicas de moitas persoas.Resumido así semella que estes dous aspectos da crise deberían estar presentes de xeito case permanente nos medios de comunicación, declaracións institucionais, plans de recuperación....Porén, este país encamíñase quincenalmente a distintas fases de desescalada sen terse nin sequera ideado protocolos cos cales as mulleres podamos asumir a incorporación laboral, nos casos nos que se careza de persoas que poidan substituír o noso papel de coidadoras. Tampouco existe unha verdadeira planificación que permita aos cidadáns acceder aos recursos mais básicos sen ter que pasar por innumerables trabas burocráticas que converten a necesidade económica un estigma, facendo colas diante de comedores sociais ou vivindo a través de 'vales de alimentación' que emulan as tristes cartillas de racionamento.Nin a Xunta de Galicia, nin as entidades locais, ambas competentes en materia de servizos sociais, estableceron un protocolo unificado para a reincorporación laboral destas profesionaisO Estado Español establece na orde do 9 de maio do 2020 que os servizos sociais considerados esenciais deberán recuperar a totalidade das súas funcións a partir da fase 1, pero non di nin como nin cales serán as medidas ás que estas empregadas públicas poderán acollerse, deixándoo en man das propias entidades. Porén nin a Xunta de Galicia, nin as entidades locais, ambas competentes en materia de servizos sociais, estableceron un protocolo unificado para a reincorporación laboral destas profesionais, nin proporcionaron aos centros de servizos sociais as correspondentes medidas de protección.O presidente do Estado declara ante os medios que as escolas permanecerán pechadas ate o mes de setembro e que non é posible a conciliación a través dos avós durante o período da pandemia. Remata a súa declaración sen perder a compostura nin facer referencia aos millóns de mulleres afectadas directamente por estas medidas, así como polo peche de centros de atención a persoas con discapacidade e dependencia, e as mulleres afectadas por ertes ou despidos durante a crise que non poderán reincorporarse ao mercado laboral por falta de medios para conciliar.As intervencións da Ministra de Igualdade durante este proceso son soamente institucionais e carecen por completo da mais mínima calidade interventora, non se contou con este Ministerio no gabinete de xestión de crise, desprezando o papel fundamental da muller. Na Galiza a situación non é moito mellor, a pesar de contar cunha Secretaría Xeral de Igualdade que aparece periodicamente en todas as campañas electorais, actualmente non está, e o que é peor, nin sequera se lle espera.Os coidados non son cuantificables nin cuantificados pola cidadanía, son un feito social asentado. Damos por feito que as mulleres imos asumir este papelE ante esta perspectiva que, para moitas mulleres resulta dantesca, moitas de nos preguntámonos case a diario: como é posible ninguén se faga eco deste problema?Baixo o meu punto de vista, a resposta sería que os coidados seguen a estar sen valor neste Estado. Os coidados non son cuantificables nin cuantificados pola cidadanía, son un feito social asentado. Damos por feito que as mulleres imos asumir este papel.O binomio responsabilidade-culpabilidade que tan afincado está no rol da muller continua a ser un mecanismo de represión estatal efectivo e económico en pleno século XXI. Tras esta crise a situación das mulleres vivirá un retroceso sen precedentes, e polo de agora, ninguén parece ter unha solución posible para este feito.O traballo social, profesión profundamente feminizada, entra dentro do binomio muller-coidados, pois é fácil de entender que son as 'asistentas' as que coidan dos 'necesitados' e pasan así a ser unha profesión invisible mais.Baixo o paraugas de previr unha crise económica maior, lanzámonos ás fases de desescalada sen prestar atención ás persoas dependentes e menores de idade que non poden permanecer soas nos seus domicilios, a aquelas persoas que dificilmente van reincorporarse ao mercado laboral, a aquelas mulleres, profesionais do social, que dedican as súas vidas a apoderar aos máis desfavorecidos.Convídoos a reflexionar sobre o valor dunha sociedade na que se acadasen uns servizos sociais sólidos, con plans continuados no tempo que procuren a verdadeira xustiza socialEntendo que o custo da crise económica non pode sosterse por tempo indefinido, pero, onde quedan os plans para os coidados no medio de todo este asunto?Convídoos a reflexionar: cal sería o custo estatal de que todas esas mulleres seleccionadas para soster o peso dos coidados na presente crise tirasen a batuta e deixaran de asumir os coidados dos que se responsabilizan case sen pensar? Como farían os poderes públicos para prestar atención inmediata a millóns de menores de idade e dependentes que, de súpeto, de xeito abrupto e inminente quedasen abandonados, sós nos seus fogares?Convídoos a reflexionar sobre o valor dunha sociedade na que se acadasen uns servizos sociais sólidos, con plans continuados no tempo que procuren a verdadeira xustiza social, a verdadeira integración social dos seus habitantes, que recompoñan a cada paso o ESTADO DE BENESTAR.
NOS_15443
Un xulgadode Madrid emitiu un auto polo que se autoriza a cesión do inmóbel da Fonte de Troncoso, en mans dunha empresa privada en concurso, ao Concello de Mondariz Balneario
O xulgado número 5 do Mercantil de Madrid emitiu un auto polo que se autoriza a cesión do inmóbel da Fonte de Troncoso ao Concello de Mondariz Balneario O Valedor do Pobo recibiu unha queixa en relación a este inmóbel, que estaba en ruínas e que forma parte do Catálogo do Patrimonio Cultural de Galiza e pertencía a unha empresa en concurso ordinario, Fuentes Capital S.A., segundo recolle a propia información do propio Valedor. A Fonte de Troncoso está formado por dous volumes arquitectónicos, a propia fonte e as oficinas da antiga planta embotelladora. A cuberta deste último edificio derrubouse en marzo de 2019 polo estado no que se atopaba. Veciños da localidade realizaron accións reivindicativas sobre este inmóbel proxectado por Antonio Palacios. Aí naceu a plataforma SOS Fonte de Troncoso. A Valedora do Pobo abriu unha investigación polo incumprimento do deber de conservación que o artigo 32 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galiza, que se impón ao propietario, posuidor ou titular de dereitos reais sobre bens pertencentes ao patrimonio cultural de Galiza. Segundo investigacións efectuadas polo concello, resultou que a propiedade do inmóbel correspondía a Fuentes Capital S.A., sociedade en liquidación, un procedemento que se segue no xulgado do Mercantil número 5 de Madrid. De forma paralela, o Concello de Mondariz Balneario iniciou o 7 de marzo de 2019 un expediente en relación co estado de ruína en que se atopaba a Fonte de Troncoso. Ademais, a institución municipal informou sobre o seu interese en facerse coa propiedade do inmoble para poder reparar os danos que presentaba o ben e devolverlle "o esplendor" que un día tivo esta obra arquitectónica. Durante o proceso, o concello mantivo contacto co administrador concursal de Fuentes Capital e en distintos correos electrónicos informouse do estado de deterioración do inmoble, así como trasladouse o malestar dos veciños. O administrador concursal chegou a indicar que o inmóbel non figuraba como activo da entidade e que tampouco existía saldo para acometer as reformas que se solicitaban. Finalmente, tendo en cuenta as particularidades do caso e a "urxencia" de actuar para evitar un dano "irreparábel" nun elemento cultural, e en aras da colaboración entre administracións, a Valedora do Pobo dirixiuse ao órgano xudicial, que vén de confirmar á institución a decisión de autorizar a cesión da Fonte do Troncoso. Desde o BNG de Mondariz solicitaron a convocatoria dun pleno extraordinario para esta quinta feira no que tratar a recuperación do paseo de Troncoso, espazo central no conxunto histórico da vila balnearia..
NOS_30691
Un verán en Galeusca é un proxecto impulsado, por terceiro ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario, coa novidade da participación do medio irlandés Belfastmedia. A serie consta de doce relatos curtos, escritos por María Rei, Yurre Ugarte, Andrea Barreira, Juan Luís Zabala ou Anxos Sumai entre moitos outros. Todos os relatos aparecerán ao longo do verán nos catro medios.
Os cabalos nin se inmutaron, pero nós sobresaltámonos cando saltaron os peixes. Saltou un e, detrás, outro. Despois, debaixo da auga atoldada contamos doce, dun gris averdado. De cando en vez, daban un chimpo e cimbraban no aire antes de volver mergullarse. Non é raro ver peixes nun estanque, pero este estaba nun clareiro no medio do monte. -Son carpas! –berrei incrédula. -Son, si. O raro é que as carpas salten, non teñen corpo para acrobacias –precisou o meu pai-. Como moito, sacan a boca fóra da tona. Colleramos os cabalos de mañá cedo para subir á cima do Xiabre. Ultimamente tiñamos unha discusión sen solución posible, na que a teimosía de papá batía contra a miña. Eu insistía en que desde o meu piso en Compostela se vía o cume, azulado pola distancia, desa mesma montaña que se levanta fronte á casa da aldea. El porfiaba en que era imposible, que estaba a uns corenta quilómetros da cidade e que non tiña altura abonda para que se vise desde tan lonxe. -Ti ves o monte Muralla, que é máis alto –dicíame. Así que decidimos saír de dúbidas subindo á montaña dacabalo e cuns bos prismáticos. Por lóxica, se desde o cume se vía a cidade -xa non digo o meu balcón, o meu gato no balcón entre os xeranios- eu estaría no certo. Pero non chegamos a comprobalo porque descabalgamos ao pé do estanque, seguramente un bebedoiro para as bestas, e mentres discutiamos sobre se as carpas saltaban ou non, el escorregou e rompeu unha perna. Foi unha loucura evacualo de alí, tardaron horas en rescatarnos. Papá estaba extenuado pola dor cando ingresou no hospital. A ventá era longa, pero estreita. Ocupaba toda a parede, de esquerda a dereita, como a ringleira dun libro. Unha liña de texto onde a paisaxe narraba, de seu, un relato. O mar ao fondo, unha franxa esmeralda no horizonte. Antes do mar, a praia e os edificios bordeando a costa. Detrás dos edificios, piñeiros e naves industriais con cubertas metálicas imitando tellas de barro. Despois, unha estrada. Despois, unha fila de pradairos rubios e o aparcadoiro de cor anil. E, por fin, o hospital e a ventá. Con papá acomodado na cama, escaiolado, houbo un tempo de calma, sen precipicios inesperados, no que deixei o asento de acompañante e púxenme a mirar pola ventá. A habitación estaba orientada ao oeste e, en menos dunha hora, tería que baixar os estores para que sol de agosto non lle abafase o corpo danado. Durmía, tranquilo e estilizado como un bidueiro abatido. A perna inmobilizada poñíalle unha gravidade e unha rixidez estrañas. Inquietábame ter que entretelo e animalo cando espertase. Non falabamos demasiado e, cando o faciamos, adoitabamos recorrer á pesca. Era o único tema que nos evocaba momentos sempre felices nos que non había espazo para a discusión. Malia a súa natural contención, papá era un home fantasioso e tendía a esaxerar as capturas, ou a inventalas. Tiña tocos os dedos índice e maior da man dereita. Dicía que llos tronzara a sedela nunha loita extenuante cun salmón. O tamaño do salmón aumentaba con cada novo relato da fazaña. Pero papá non perdera os dedos pescando. Traballara nun serradoiro e tiña as mans esnaquizadas de escascar árbores, de usar máquinas que ameazaban con despezalo a el no canto de despezar as árbores. Perdera as puntas dos dedos coa serra mecánica, pero iso non era tan heroico como que llos rebandase a sedela cando pescaba o salmón máis grande que se vira en todo o curso do Ulla. Eu, desde logo, non desmentía a súa historia. Quedaba entre nós esa invención coa que riamos, cómplices, ante a admiración da audiencia. Lembro noites de pesca con el, sucando o río baixo a suntuosa calma da Vía Láctea. Unha vez, nun areal da desembocadura, fixen unha pesca dobre cunha cana con dous anzois: enganchada no primeiro anzol saíu unha robaliza coas aletas dorsais ourizadas, os raios de punta, e debaixo, agarrado á segunda brinca, un congro máis ansioso por devorar a robaliza que por ceibarse. Observamos papá e mais eu o terror da robaliza. -Morreu de medo ao ver ao congro apegado a ela -afirmou con convicción. Comémolos fritidos á volta de pescar. Que máis daba a forma de morrer? Un peixe non sabe máis amargo por morrer de medo, nin é máis nutritivo se morre loitando. A morte sabe adozada e oca. O oco, que tratándose da morte é goro como un ovo non fecundado, é unha calidade que apón a fame ou, no noso caso, a ansiedade da depredación. Tamén, quizais, a gula. O sol pousou no peitoril. Antes de baixar o estor, aínda intentei construír o relato que me propoñía a paisaxe. É imposible facer nada creativo nun hospital. É un lugar que te mantén detida, irremediablemente suspendida. Como a enfermidade. Esperei a que papá espertase. Á media tarde tería que ir acomodar os cabalos e despois debía regresar a Compostela, á obsesión do Xiabre. O voo dun miñato arrastroume ata outra montaña, afastada e tamén azul. Estaba alén da desembocadura, por iso non a vía desde a casa da aldea. Sentín unha súbita e punxente decepción. A súa forma era semellante á do meu Xiabre, o cume cortado nunha meseta dentada e longa. Sen dúbida era máis alta e estaba mellor situada para ser vista desde o meu balcón de Compostela. Esa era, seguro, a competidora da que me falaba papá. Desgusteime, non tanto por ter que darlle a razón, senón pola desilusión de que non fose o Xiabre o monte que me abrazaba tanto na aldea coma na cidade. Papá espertou e miroume. Recoñeceu a expresión de derrota no meu rostro e interrogoume coa ollada. Non lle respondín. Achegueille a compota de mazá que lle puxeron de merenda e comeuna en pequenas, lentas, culleradas. Decidín preguntarlle algo que me roldaba a cabeza, persistente, mentres construía o relato a través da ventá. -E por que habería carpas no monte, papá? Deixou a culler na cunca e púxose a dar pequenos golpes na fronte cos dous dedos tocos, o índice e o maior, como animándome a pensar. -Filla, a min non me inqueda que houbese carpas no monte. Alguén as levaría. O que de verdade me intriga é por que saltaban.
PRAZA_912
O cómico estará o xoves en Ourense, o venres nas Pontes e o sábado en Santiago coa súa Misa Patólica, un espectáculo de crítica social que comezou facendo en Lavapiés en 2012. Destaca que "a liberdade de expresión é a liberdade de dicir cousas que non gustan aos outros".
Leo Bassi ten unha longa e intensa relación con Galicia. Cóntanse por ducias as veces que estivo por aquí, actuacións moi críticas coa Igrexa Católica e tamén co Partido Popular e que non sentaron ben nestes sectores. Tanto, que en marzo de 2012 o Goberno local compostelán, presidido aínda por Gerardo Conde Roa, decidiu suspender unha actuación de Bassi (que finalmente tivo que celebrarse noutra localización). Conde Roa uníase á presión exercida por sectores ultraconservadores contra o cómico italiano, destacando que "prodúceme especial repugnancia e non teño o mínimo interese en que a cultura de Santiago se identifique con este humor". Conde Roa dimitiu unhas semanas despois deste enfrontamento. En Santiago a actuación será precedida por un "exorcismo" en forma de procesión polas rúas para "liberar" a cidade do Partido Popular Bassi regresa a Galicia e a Compostela esta semana. Estará o xoves en Ourense, o venres nas Pontes e o sábado en Santiago coa súa Misa Patólica, un espectáculo de crítica social que comezou facendo en Lavapiés en 2012 e que dende hai unhas semanas comeza a representar por toda España. Ademais, en Santiago a actuación será precedida a partir das 13 horas por un "exorcismo" en forma de procesión polas rúas para "liberar" a cidade do Partido Popular. "Servirá para expulsar ao PP de Santiago en nome do humanismo", destaca. Bassi anima a toda a cidadanía a acompañalo polas rúas neste acto que comezará na praza da Universidade, fronte á Facultade de Historia e, se é posible, a que leven parrulos de goma. "O Patolicismo exorcizará así a situación de Santiago grazas á forza do pato de goma", di, en referencia ao parrulo que se converteu no símbolo do seu espectáculo, pois na súa igrexa laica fai as veces de santo, virxe ou cristo ao que render culto. A Gran Misa Patólica, que en Compostela se celebrará en dobre función no Paraninfo da USC, naceu en 2012 nun local do barrio madrileño de Lavapiés, denominado O Paticano de Lavapiés. "Comecei facendo misas para amigos, como unha especie de festa privada, e a cousa foi crecendo e estamos a piques de chegar á número cen", explica. A crítica á Igrexa Católica foi unha constante nos seus espectáculos dende sempre. "Estamos na época da ciencia e da técnica, de internet e do coñecemento e a igrexa católica segue baseado no pecado orixinal, non lles funciona o guión. As miñas misas cando menos son racionais", di. "Nestas misas laicas tento falar de asuntos de actualidade, cousas que sucederon ao longo da semana, pero tamén tamén de temas de fondo, cousas importantes sobre as que reflexionar. Recentemente pedíronme dende Sevilla se podía realizar unha destas misas laicas alí, trasladar por un día a Misa Patólica. Fixémolo nun teatro e foi todo un éxito", explica "Faime especial ilusión o evento de Santiago, porque é un lugar no que nos últimos anos me pasaron moitas cousas, teño moitos amigos pero tamén moitos inimigos, sobre todo os alcaldes do PP" "Teño moitos amigos en Galicia e unha moi boa relación, así que tamén quixemos levar esta misa a Galicia, a Ourense, As Pontes e Santiago. Faime especial ilusión o evento de Santiago, porque é un lugar no que nos últimos anos me pasaron moitas cousas, teño moitos amigos pero tamén moitos inimigos, sobre todo os alcaldes do PP. Iso foi tamén o que me decidiu a facer un exorcismo, para tentar acabar co mal rollo que creou o PP en Santiago, en Galicia e en toda España", di. Bassi, que destaca a súa amizade "con Ada Colau ou Pablo Iglesias", destaca que "o nivel de indignación creceu, as cousas cambiaron, teño esperanza en que se poida botar fóra ao Partido Popular. Son máis optimista que outras veces". Límites ao humor? Pódenselle poñer límites ao humor e á liberdade de expresión? "Esa pregunta sempre se formula ao revés" -destaca- "A pregunta debería ser: 'Hai límites para que unha persoa se ría dun chiste?' Pódenselle poñer límites ao humor e á liberdade de expresión? "Esa pregunta sempre se formula ao revés" -destaca- "A pregunta debería ser: 'hai límites para que unha persoa se ría dun chiste?'. Se eu digo algo e ninguén se ri, non é humor, sería unha simple opinión ou outra cousa. Pero a partir do momento en que alguén se escaralla, xa non se trata só do que eu digo, ou da miña liberdade de expresarme". "Os islamitas mataron sete humoristas de Charlie Hebdo, pero a revista tiña 120 mil lectores. Seguindo a súa lóxica, deberían ter ido casa por casa matándoos a todos, porque todos eran tan culpables coma os debuxantes e xornalistas. Ou coma aquí en España os meus amigos de Mongolia", engade. Para Bassi, que en dúas ocasións sufriu atentados e recibiu ameazas por parte de grupos ultracatólicos, "a liberdade de expresión é a liberdade de dicir cousas que non gustan aos outros. Se a liberdade de expresión fose só dicir cousas que non molestan a ninguén, non sería liberdade de expresión. Isto chámase democracia". "A min non me gusta que a Igrexa lles coma o coco aos nenos, pero eu non vou ás súas igrexas a pedir que suspendan a misa ou a poñer un cadeado na porta. E pido a mesma liberdade para os meus espectáculos", di. "A liberdade de expresión é a liberdade de dicir cousas que non gustan aos outros" "Que apliquen á relixión e á comicidade a mesma idea de mercado libre que aplican para todo" -propón- "Se un espectáculo non gusta, non continuará porque non terá espectadores. E que fagan o mesmo coas relixións, que o Estado non lles dea un duro e que se sosteñan cobrando entrada nas misas, coma no teatro". "Para min o teatro é tan ou máis sagrado que unha misa", conclúe. Programación de Leo Bassi en Galicia Xoves 23. Ourense. Dentro da programación da MITEU. Venres 24. As Pontes. 21 horas. Cinema Alovi. 10 euros Sábado 25. Compostela. 18 horas e 21 horas. Paraninfo da USC. 10 euros
PRAZA_15323
Dixéronse tantas mentiras o outro día no Pazo do Hórreo que deixan en evidencia o seu xeito de facer política: non é certo que paguen as facturas a 45-50 días; e si aumentou o número de alumnos por aula; si que hai menos profesores por alumno; non é certo que vaiamos ter unha entidade bancaria galega nos próximos anos; non é certo que vaia funcionar a Lei do Emprendedor na actual coxuntura económica
Edith Piaf levou unha vida desgraciada a pesar da súa consagración como cantante. Tocoulle vivir convulsas décadas europeas do pasado século e sobreviviu a dúas guerras mundiais e numerosos amantes. Pero nada lle fixo deixar de interpretar grandes cancións de amor que escondían un desgarro vivencial tan escuro como os vestidos que adoitaba levar. Encarar con valentía estes tempos que vivimos e sofrimos, require un xeito moito máis audaz e comprometido de enfrontarse ás cuestións que nos atinxen aos galegos, antes que pasar, adrede, por riba delas, de puntillas Escuro e desgarrador tamén foi o discurso de investidura de Feijoo do pasado 27 de novembro. Non tanto polas cousas que di, e polo que obvia, que xa son dabondo graves, senón pola calculada superficialidade coa que embarra toda a perorata. Encarar con valentía estes tempos que vivimos e sofrimos, require un xeito moito máis audaz e comprometido de enfrontarse ás cuestións que nos atinxen aos galegos, antes que pasar, adrede, por riba delas, de puntillas. Eis esta falla de valor e compromiso –ademais da corrupción– motivos engadidos da desafección dos cidadáns (ou súbditos) pola política. Ollos que fan baixar os nosos, un sorriso que se perde na súa boca Aquí estás, o retrato sen retoque do home a quen pertenzo Cando se está nunha guerra e os cidadáns van perdendo e non se albisca un futuro certeiro –nada máis que para o sector financeiro e a oligarquía alemana– precísanse algo máis que palabras como austeridade, solvencia, control do déficit, responsabilidade e rigor. Porque estas verbas teñen que ver cos deberes, pero, u-los dereitos dos cidadáns? Cando me toma nos seus brazos, fálame borboriñando Vexo a vida en rosa Dime palabras de amor Palabras diarias, E iso faime algo Dixéronse tantas mentiras o outro día no Pazo do Hórreo que deixan en evidencia o seu xeito de facer política Dixéronse tantas mentiras o outro día no Pazo do Hórreo que deixan en evidencia o seu xeito de facer política: non é certo que paguen as facturas a 45-50 días; e si aumentou o número de alumnos por aula; si que hai menos profesores por alumno; non é certo que vaiamos ter unha entidade bancaria galega nos próximos anos; non é certo que vaia funcionar a Lei do Emprendedor na actual coxuntura económica; tampouco funcionará o Programa de Captación de Talentos porque vai ser incapaz de reter aos investigadores; non é certo que nos últimos anos se deran pasos para mellorar as explotacións rurais, gandeiras e forestais (véxase a folga do sector lácteo); como tampouco é certo que vaian blindar as prestacións sanitarias e públicas básicas. El é para min, e eu son para el na vida, Díxomo, xuroumo Pola vida Feijoo insiste no conto de que un déficit controlado é o camiño cara o crecemento. Pero se case todo o mundo está asfixiado, as empresas e os pequenos negocios pechan, a xente queda no paro, os funcionarios ven diminuído o seu poder adquisitivo... como se vai crear emprego? Como se controlará o déficit? Na economía capitalista, cando queres poñer algo en pé, tes que investir. Se a administración autonómica non inviste en fomentar o emprego e o consumo, como pensan estes neoliberais, metidos a tecnócratas apáticos, sacar a este país do furado? Na economía capitalista, cando queres poñer algo en pé, tes que investir. Se a administración autonómica non inviste en fomentar o emprego e o consumo, como pensan estes neoliberais, metidos a tecnócratas apáticos, sacar a este país do furado? Máis noites de amor por rematar Unha grande felicidade que sinto Problemas, penas que se borran Feliz, feliz a morrer É imposible que sexamos solventes cos 270.000 parados que cita o presidente no seu discurso porque tendo en conta, ademais, o envellecemento da sociedade, os datos sobre a poboación activa son brutais e irán a peor no 2013. A nosa solvencia hai que medila analisando o que se perde para acadala. E perdemos tantas cousas que será moi difícil recuperalas e recuperar, de paso, a reiterada solvencia. Actuar con rigor é dicir que "aspira a contar cunha entidade [bancaria] vinculada a Galicia"? Nin sequera contempla xa a posibilidade de que sexa galega. Tampouco debería falar de responsabilidade cando afirma que aplicará a política de austeridade (eufemismo de desmantelamento) á nosa Autonomía: "diminución da estrutura da Xunta". Na primeira lexislatura prometeu que acabaría co paro e hoxe estamos preto dos 280.000 desempregados En canto o percibo, entón sinto en min que o meu corazón late. Na primeira lexislatura prometeu que acabaría co paro e hoxe estamos preto dos 280.000 desempregados. Agora, na segunda, promete a internacionalización do tecido empresarial galego ao outro lado do océano Atlántico, cando, precisamente, continuarán co seu asulagamento. Véndenos o contrario do que fai. É la vie en rose de Feijoo...
NOS_45704
O presidente da Xunta de Galiza anunciou que o Estado recorrerá a sentenza para recuperar o diñeiro investido na limpeza da costa.
En comparecencia de imprensa após un acto organizado polo xornal ABC en Madrid, Alberto Núñez Feijóo anunciou que o Estado español presentará recurso de casación perante o Tribunal Supremo pola sentenza do Prestige. Así llo confirmou esta segunda feira o ministro español de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón quen avanzou que a Avogacía do Estado está a preparar a documentación precisa. O Estado recorrerá a sentenza na procura de recuperar o diñeiro investido na limpeza da costa pois no fallo xudicial do pasado día 11 non se impón unha indemnización polos danos causados. As confrarías non presentarán recurso Pola súa banda as confrarías de pescadores de Galiza, Cantabria e Asturies non presentarán recurso perante o Supremo porque, din, non hai "moitas posibilidades" de que a máxima instancia emita un fallo distinto ao ditado pola Audiencia provincial. No entanto, demandan á Audiencia que aclare algúns "puntos escuros" da sentenza.
NOS_27938
Após unha hora e media de declaración no TSJC o president en funcións da Generalitat declarouse "responsábel único" da consulta e promotor político da mesma.
Artur Mas prestou declaración como imputado pola consulta do 9 de novembro durante unha hora e media. Á saída foi agardado por unha multitudinaria concentración na que se atopaban representantes do Govern en funcións e responsábeis políticos de formacións políticas como Junts pel Si ou a CUP. Arroupado ao berros de independència, Mas saudou desde a porta do Pazo de Xustiza do TSJC onde permaneceu por volta dunha hora e media. Mas declarouse perante o xuíz como "responsábel único" da consulta popular e promotor político da mesma. Prevaricación e desobediencia Esta quinta feira (15 de outubro) o president en funcións da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, acudiu ao Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya para prestar declaración por suposto delito de desobediencia, entre outros, no marco da votación popular decorrida o 9 de novembro. A querela foi presentada logo do desenvolvemento da consulta, que fora anulada previamente polo Tribunal Constitucional. No proceso xudicial atópase imputada tamén Irene Rigau, vice-presidenta da Generalitat na altura. El president Mas camina cap al TSJC amb l'escalf del món local i la ciutadania #9NSomTots pic.twitter.com/l0uh7qJoxF— AMI (@AMI__cat) October 15, 2015 Mas --ao igual que o fixera Rigau previamente-- acudiu á sede do TSJC rodeado por milleiros de persoas e outr@s tant@s responsábeis institucionais (alcaldías, parlamentares e representantes políticos das forzas independentistas catalás). Fíxoo após render homenaxe a Luís Companys no lugar onde foi fusilado o último presidente da Generalitat antes da ditadura franquista. Do seu asasinato cúmprense este 15 de outubro 75 anos. As persoas concentradas perante o TSJC entoaron o himno catalán, Els Segaors, e lanzaron berros de independencia antes de que Mas entrase a declarar. A polémica As concentracións de apoio que están a decorrer perante as imputacións polo 9-N foron criticadas através dun comunicado polo TSJC que as considerou unha forma de "presión" cuxo obxectivo é influír na decisión que adopte o tribunal. Aliás, asegurou que se trata dunha estratexia política para defender os intereses independentistas.
NOS_6799
Alén de abordar apelidos aínda en uso na actualidade, queremos recordar nesta edición un par deles desaparecidos: Monteira e Moxa. Os documentos traídos até estas liñas son fundamentalmente do século XVI, aínda que tamén os haberá de datas ben dispares: os anos 952, 1274, 1401 e 1640. Ademais, servíndonos dos estudos que ten publicado José António Souto Cabo, lembramos a posibilidade de que o trobador Martín Moia (Moya ou Moxa) fose natural da Galiza.
"(...) sepan quantos esta carta de venta vieren como yo, Gonçaluo Meiriño, hijo de Artur Meiriño, vezino del lugar das Lamas de la abadía de la Trenidad (...)". Deste xeito comeza unha escritura de venda pola que o citado Gonzalo se desprende dunha viña da súa posesión e que adquire o 22 de novembro de 1559 o mercador compostelán Francisco González. Tempo atrás, en 1533, o mesmo "Gonçalo Meyriño, vecino de Pinor (...), está preso e detenido en la carçel del concejo de la çibdad de Santiago". O relevante destas dúas referencias documentais é a presenza do apelido Meiriño ben grafado en galego, pois na actualidade convive coa forma castelanizada Merino. Deste último modo compróbase en 22 concellos (á cabeza dos que están Vilar de Barrio, Meira, Baños de Molgas, Salvaterra de Miño e Crecente) e úsano máis de 700 persoas que sumadas ás que empregan Meiriño ascenden a case 1.400. Neste último xeito aparece en Carballeda de Avia, Melón, Ribadavia, Beade, San Cristovo de Cea, Piñor e 15 municipios máis. No que afecta a toponimia, só existe un lugar en todo país denominado Meiriño, concretamente en San Mamede de Momán (Xermade). Este termo, que deriva do vocábulo maiorinus, vai ligado ao oficio que desempeñaban algúns representantes dos señoríos. Meiriño é, logo, unha persoa que exerce a xustiza nunha determinada xurisdición. Debido a isto, cómpre ter presente que quizais boa parte das persoas que o usan como apelido o herdasen dun antepasado que exerceu tal oficio; este quedaría primeiro como ecónimo ou alcume e despois propiamente como apelido. Meiriño deriva do vocábulo 'maiorinus', ligado ao oficio que desempeñaban algúns representantes dos señoríos Luz Méndez na súa Toponimia de Agolada sinala que o xenitivo do nome persoal Maxitus (ou Magito), presente no medievo e vinculado seguramente con Maximus, forma o topónimo Meixide. Como curiosidade sinalamos que nun texto do Tombo de Celanova de setembro de 952 se certifica que entre os habitantes da vila de Queiroga (Carioga) está un tal Magito ("de homines kariocanos nominibus, Hiquila, Hermegildo, Servando, Rafrac, Arguado, et suos antenatos, Sagildo, Matigo, Nunni"). Cinco son propiamente os lugares que levan a denominación Meixide, un que se di Mexide e dúas as parroquias que portan o primeiro dos topónimos: San Pedro de Meixide (Palas de Rei) e Santa María de Meixide (A Veiga). No que afecta as persoas que o usan como "nome de familia", debemos sinalar que son varios centos as que o teñen nas formas Meijide e Meigide. Con este apelido podemos citar o escritor arousán Carlos (González) Meixide e o deseñador e ilustrador Andrés Meixide. No plano etimolóxico, e en atención ao que sinala Anxo Rodríguez Lemos, de non derivar dun alcume e ter unha procedencia toponímica, o apelido tería a súa razón de ser nun lugar no que abundasen as ameixeiras. Guiándonos agora por Gonzalo Navaza, vese oportuno mergullarnos no topónimo Meixoeiro e outros (Manxueiro, Meixueiro...), que proceden da voz ameixeira e identifica a planta froiteira Prunus doméstica. Co nome Meixoeiro constátanse catro entidades de poboación na Galiza, así como un Meixueiro. Destes fitotopónimos xorde o apelido que hoxe levan poucas persoas no país; segundo o ILG non superan as 10 e só se rexistran na cidade de Pontevedra na forma Meijoeiro. Se ben como Meijueiro hai case 150 distribuídas por Cotobade, Cerdedo, Pontevedra e Vigo; como Meixeiro, recollido nestes dous últimos concellos e no de Crecente só aparecen 30. En relación co apelido, é interesante un foro que concede "Don Diego Ozores de Sotomayor, cavallero del ávito de Santiago, gentil hombre de la boca de Su Magestad y su administrador deste Gran Ospital Real de Señor Santiago de Galicia", que leva data de 1640. O patrimonio suxeito a este contrato resulta ser o lugar dos Xerpes (Santa María de Budiño) e as persoas beneficiadas son Alonso de Verdeal (labrego desa freguesía) e "Alonso de Meixoeiro, así mesmo labrador, vezino de la felegresía de Santa María de Casofreito" (Castrofeito – O Pino). O xenitivo do nome persoal 'Maxitus' ou 'Magito' forma o topónimo Meixide Tamén Navaza asegura que o topónimo Mesego vén do substantivo messe (seitura ou colleita de cereais) e do verbo meto (segar ou seiturar). Son unicamente catro os lugares así chamados e que se localizan en Santa María dos Baños (Cuntis), San Salvador de Cristiñade (Ponteareas) e Santa María de Mesego (O Carballiño). O templo desta última parroquia foi, outrora, priorado dependente do mosteiro de San Martiño Pinario. Como apelido contamos con dúas variantes: Mesejo, que se estende por 13 concellos (entre os que están Val do Dubra, Cuntis, A Rúa, Carballo e Negreira) e que usan unas 240 persoas; e Mesego, que só se observa en Cuntis e na Estrada e designan pouco máis de 60 persoas. A primeira das formas usouna o escritor e membro das Irmandades da Fala Manuel Mesejo Campos (1901-1924), actor e director teatral nado en Cuntis no que se ten mergullado o escritor Marcos Seixo. Tamén nesas terras recollemos un dos testemuños máis pretéritos como apelido, concretamente na escritura de poder que lle expide o cóengo e protonotario apostólico Xoán de Mondragón ao seu sobriño homónimo para que, a partir desa data (2 de outubro de 1533) poida "pedyr e demandar, resçibyr e recabdar, e cobrar de Byeyto da Guerra e de Bastián de Mesego, e de Gregorio do Cadavoo (...) todas e quelesqueira quantías de maravedís e pan de renta (...)" que ten na "tyerra dos Vaños y su comarca como de toda tyerra de Vea". Unhas 450 persoas empregan o apelido Miñones, aínda que a forma propiamente galega é Miñóns. Espállase por Vimianzo, Camariñas, Laxe, Zas e dez concellos máis, aínda que o topónimo só aparece en San Pedro de Buxantes (Dumbría) e en singular en Santiago de Mens (Malpica de Bergantiños). Sobre a súa etimoloxía, desde a Asociación Galega de Onomástica indícase que posúe unha orixe escura, quizais prerromana e emparentada coa raíz do nome do río Miño. Un arrendamento do 26 de outubro de 1533 informa de que o chantre compostelán "Juan de Megarejo" é "tenençiero de la tenençia de San Martyno de Calvos, e Myñóns, e Santyso de Cornado". Do substantivo 'messe' (seitura ou colleita de cereais) e do verbo 'meto' (segar ou seiturar) xorde o topónimo Mesego Moia, Vilar de Moia e Quintá de Moia son entidades de poboación de Navia de Suarna, todas localizadas na parroquia de Santiago de Moia. Como antropónimo familiar só se grafa na forma castelanizada Moya en algo así como 14 concellos, encabezados polos de Padrenda, Ares, Vilagarcía de Arousa e Cambre; e úsano non máis de 250 persoas. En 1522 era "Vasco Fernández da Casa, clérigo de Santiago da Moeja, de la diócesis de Lugo"; e uns corenta anos antes, concretamente en 1483, exerce de notario público un Juan de Moya, segundo consta nun foro que lle concede o abade do mosteiro de Samos a Diego de Lemos de certas herdades situadas en San Romao de Moreda (Pantón). Outro eclesiástico, "Fernando López de Navya, clérigo del beneficio parrochial yglesia de Santiago de Moya" asignáballe poder o 18 de xuño de 1540 a "Pero de Moya, vecino de Villarpandín, que hes en terra de Navia" para que no seu nome puidese renunciar ao citado beneficio curado. Aínda que na forma castelanizada, usa este apelido o coruñés Luís Rodríguez Moya, copiloto que conta con maior número recoñecementos no Campionato do Mundo de Rallys. Se bebemos das investigacións de José António Souto Cabo identificamos como galego o trobador Martín Moxa, ao servizo de Afonso IX "O Sabio". O profesor Souto Cabo, sinálao deste xeito: "localizamos um cónego compostelano, 'Martinus Iohannis, dictus Moxe' (...) em cujo apelido latinizante podemos reconhecer o 'Moxa' aposto ao nome do poeta". E engade que "esse (cónego-)arcediago tinha morado numa casa da rua compostelana da (Fonte da) Rainha e que contava com propriedades em Lestrove (c. Dodro)". A forma Moxa estaría extinguida na actualidade, aínda que se contempla en documentos do s. XVI conservados no AHUS e no ACS. Un deles vén a ser unha carta de pagamento outorgada o 20 de decembro de 1537 por "Rodrigo del Caño, azabachero, vezino de la çibdad" de Santiago. Con ela dábase "por pago, contento y satisfecho de Francisco de Moja, vezino de Melid, de çinco ducados e dos reales, e una taça de plata de peso de un marco, e medio real que el dicho Francisco de Moja le diera y pagara por y en nonbre de Lopo de Meyxide, vezino de Furelos, que el dicho Lopo de Meyxide le devía al dicho Rodrigo del Caño". No ano 1522 o mesmo Francisco de Moja ten grafado o seu apelido como Moxa, do mesmo modo que o usa Pedro da Moxa, de Monforte de Lemos, en 1560. Vinculado cos oficios é o apelido Monteiro, pois a persoa que participa nunha cazaría así se denomina. Na diplomática galega rexístrase, por exemplo, nun pergameo de 1274 (conservado no AHN e procedente do Mosteiro de Montederramo) no que un Macía Eáns e a súa muller María Salvadoret lles venden catro pezas de viña a Xoán Gabián e a Tareixa Rodríguez. Entre as testemuñas do acordo está un "Pero Monteyro, ome de Johán Gauián". Conservado na Fundación Penzol custódiase un pergameo de 1401 no que se afirma que "Eynes Fernandes, filla que foi de don Fernán Martines" e o seu marido, "Fernan Monteyro", lle venden a un matrimonio certa vivenda que posuían. Monteiro está vinculado coas persoas que participan nas cazarías Na actualidade o apelido Monteiro está presente en 24 concellos (entre eles os de Paderne, Carballeda de Valdeorras, Toén, Salceda de Caselas e Viveiro), pero tamén fica na forma castelanizada Montero en 166 municipios (Pontedeva, Ramirás, Ares, Cariño e Boimorto son varios deles). En total suman máis de 9.250 persoas as que usan o apelido composto Monteiro-Maia (e a súa variante castelanizada) que se localizan unicamente en Compostela e pouco máis ascenden que a unha ducia. No que afecta a toponimia, cinco son os lugares que teñen tal denominación, localizados en Ares, Arzúa, Gondomar, Tui e Viveiro. Aínda que tamén existe algún topónimo denominado Monteira, de cando en vez ten aparecido como antropónimo feminino. Velaí fica o testamento de "Afonso Monteyro \que por otro nonbre me llamo de Mouro/, soltero, hijo que fuy e finqué de Bastián Mouro e María Monteyra, mis padre e madre, natural de San Pedro de Felgueyra" (hogano no concello de Bande). Neste documento, do que dá fe o notario correspondente no mes de novembro de 1566, tamén se percibe o feito curioso e para nada estraño de empregar por aquela época un apelido determinado e, noutro momento ou noutro territorio, usar un diferente. Dito noutras palabras: nunha etapa da vida un pode ser apelidado Monteiro e tempo máis tarde Mouro, por exemplo. Aquí, polo que se ve, o titular dálle máis prioridade ao apelido materno que ao paterno. Na forma castelá, ademais do presidente do goberno español Eugenio Montero Ríos (1832-1914), tamén se apelida así o outrora presidente da RAG Xesús Alonso Montero.
NOS_57679
O último barómetro publicado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) reflicte unha recuperación do voto estimado para a fronte nacionalista mentres que o Partido Popular perde apoios e recolle o sementado coa política de recortes.
Os resultados do último barómetro publicado polo CIS outórganlle ao BNG un aumento no número de apoios de catro décimas con respecto aos resultados obtidos na enquisa do mes de abril. Neste senso, a fronte nacionalista mellora a súa estimación de voto e volve situarse no nivel das pasadas eleccións xerais. Após as escisións derivadas da Asemblea Nacional de Amio, o BNG recupera electoralmente, apoios que outr@s crían perdidos. Neste senso, @s nacionalistas rachan coa espiral descendente e soben por vez primeira desde 2010 en estimación de voto. Asemade, experimentan a maior suba porcentual nos dous últimos anos, 0,3 en abril 0,7 en agosto. Pola contra, os resultados tirados polo CIS nesta xornada, salientan unha importante perda de votos do Partido Popular que diminúe en oito puntos os resultados obtidos nas pasadas eleccións xerais e catro, a respecto dos resultados obtidos no barómetro de abril. Asemade, @s enquisad@s consideran que o goberno de Mariano Rajoy inspira pouca ou ningunha confianza. Do mesmo xeito, @s cidadás e cidadáns cren que a xestión do PP no goberno español é regular ou mala. A respecto da organización territorial do estado español, un 12% d@s enquisad@s apoian un maior autogoberno para os territorios e case o 9% pula pola independencia. O paro e os problemas económicos, as principais preocupaciónsA crise sistémica que afecta especialmente á eurozona e as políticas regresivas que atacan de maneira directa ás clases populares determinan as preocupacións da cidadanía. Malia todo, as enquisas do CIS foron elaboradas antes da última vaga de recortes aprobados polo PP, entre os que se atopaban o maior axuste da democracia ou a suba do IVE. Segundo os resultados do barómetro, a poboación considera como principais problemas sociais o desemprego --que ascende no estado español ao 25%--, os asuntos económicos e a clase política. Neste senso, case o 90% da cidadanía cre que a realidade económica do estado español --logo de ser anunciado o rescate á banca-- é mala ou moi mala. Asemade, a maior parte da poboación considera que a súa situación económica non mellorará o vindeiro ano e as persoas desempregadas, consideran nunha ampla porcentaxe (44%) pouco probábel atopar emprego durante os próximos doce meses.
NOS_23019
No horizonte fórmanse turbulencias. Aínda no esteiro da gran crise iniciada en 2008 e cun mundo do traballo debilitado pola ofensiva neoliberal posterior, a economía galega asómase aos problemas derivados dunha recesión que xa se nota en países centrais da Eurozona como Alemaña e Italia. Analistas e sindicatos alertan da inminente repercusión na Galiza. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 364 do semanario en papel Sermos Galiza.
O horizonte non está despexado. Once anos despois da caída de Lehman Brothers que desencadeu a década perdida en Occidente, escuras nubes anuncian treboadas. O economista portugués Francisco Louça avisaba nun recente artigo publicado no Expresso: oito das principais economías do mundo están en recesión ou no seu bordo, e isto inclúe Alemaña, Reino Unido, Italia, Brasil, Arxentina, México, Rusia e Corea do Sur. "Sempre é así: a crise é xeral ou non é crise", engadía. As maneiras en que a Galiza pode sufrir as consecuencias dun novo curtocircuíto económico son diversas e de maior ou menos intensidade segundo quen responda, pero ningún dos analistas consultados por Sermos Galiza agochan preocupación ante o escenario inminente. "O raro sería que a crise non afectase na Galiza", sinala Albino Prada, profesor de Economía aplicada da Universidade de Vigo, "con mozos por debaixo do mileurismo e clases medias en declive, o raro sería que fósemos quen de mercar todo o que somos capaces de producir a escala global". Coincide coa percepción xeral de Louça, segundo o que a hipotética crise estaría "alimentada pola falta de demanda efectiva, ou o que é o mesmo, pola sobreprodución en sectores chave". A depresión do consumo encaixa coa ofensiva xeral contra o traballo en que derivou, finalmente, a crise financeira de 2008. "O empresariado inviste os excedentes en robotizar, porque os robots non se sindican", explica o economista Joám Lopes Facal "Non foi máis ca un tratamento de shock nun longo proceso de globalización financeira e empobrecemento social", di Prada. E que aínda non acabou de pasar. Para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, as traballadoras e traballadores galegos están "nas cinzas de 2008". Destrución de emprego, caída de salarios, o regueiro de reformas laborais e sociais e o "desmantelamento progresivo" da estrutura económica do país non pasan dun día para outro. O sindicalista baixa ao concreto e céntrase no sector industrial e a redución do seu peso no PIB. "O obxectivo de que a industria ocupe un 20% do PIB en 2020 [recomendado pola Unión Europea] non é certo", esténdese, e menciona a crise das electrointensivas, o "proceso acelerado e agresivo" de descarbonización, a "crise larvada" no naval e algúns dos conflitos de maior repercusión pública nos ultimos meses na Galiza: Poligal, Madeiras Iglesias, Vulcano. "Unha nova recesión económica pode ter un impacto brutal", engade. De fondo de todos estes anos salvaxemente neoliberais, o dato que sintetiza en que desembocaron: "As rendas do traballo caeron entre un 2% e un 3% no PIB, mentres as do capital subiron entre un 5 e un 7%". O economista Joám Lopes Facal conecta os ataques ao traballo co "puro cambio tecnolóxico" que, ao seu ver, viven Europa e a súa economía. E, por extensión, a Galiza. "Nos sectores económicos onde o futuro non está claro, o empresariado gasta os excedentes en reducir a débeda e mais en despedir persoal e robotizar. Porque, claro, os robots non se sindican", entende sobre a situación laboral na Galiza, "mais o problema non é noso, é de toda Europa". Impostos sobre os robots ou o debate sobre a renda mínima garantida seméllanlle accións imprescindíbeis para afrontar o que aí vén. [Podes ler a peza íntegra no número 364 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_7294
Xosé Crespo pediu, segundo recolleu Faro de Vigo, "endurecer as penas" para que se puidese "expulsar automaticamente fóra do país" os estranxeiros que delinquisen. A entidade pide unha retirada pública destas declaracións.
O pasado 4 de decembro Faro de Vigo recolleu unhas declaracións do alcalde de Lalín, José Crespo, nas que o rexedor pedía "endurecer as penas" para que se puidese "expulsar automaticamente fóra do país" os estranxeiros que delinquisen. Crespo referíase aos repetidos roubos de cable de cobre na localidade, felicitando a Garda Civil pola detención dos presuntos autores e, ao tempo, lamentando que as leis sexan "tan laxas nesta materia", porque "ao pouco tempo volverán estar na rúa e, por desgraza, a reincidir no roubo dos cableados de tendidos públicos de todo tipo". O rexedor pediu "endurecer as penas" para que se puidese "expulsar automaticamente fóra do país" os estranxeiros que delinquisen Tras recibir varias denuncias, a entidade Sos Racismo Galicia vén de facer público un comunicado no que lle esixe a Crespo a "retirada" destas declaracións, sinalando que "a esixencia do endurecemento de penas por comisión dun delito debe estar relacionada co feito punible en si, indiferentemente do sexo, procedencia, situación administrativa, etc., da persoa que o cometa". Ademas, Sos Racismo advirte que "utilizar as persoas inmigrantes como chibo expiatorio ao que sinalar como responsable da inseguridade cidadá" alimenta "de xeito cada vez menos disimulado un discurso do odio cara as persoas estranxeiras". "No actual contexto de crise económica, incitar ó temor da poboación cara a inmigración pode ter réditos electorais, pero tamén consecuencias sociais incalculables. Utilizar os prexuizos, a inseguridade e o medo prexudica a convivencia social que hoxe en día comeza a ser un ben moi preciado", engade. Sos Racismo esíxelle a Crespo que "faga un exercicio de responsabilidade e que non faga demagoxia nin populismo coa inmigración" Sos Racismo esíxelle a Crespo que "faga un exercicio de responsabilidade e que non faga demagoxia nin populismo coa inmigración". "Avogamos por unha sociedade integradora onde, por enriba do lugar de procedencia, a relixión ou a cultura, se nos recoñeza como veciñas e veciños iguais en dereitos", conclúe.
NOS_10348
"Non se entende a 'Xeración Nós' sen espazos desta cidade", afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, na inauguración da mostra 'Galiza, de Nós a nós' que estará aberta até o 11 de xullo no edificio Castelao do Museo provincial.
A mostra itinerante 'Galiza, de Nós a nós', en homenaxe á Xeración Nós chegou hoxe a Pontevedra, cidade na que fechará a súa xira. Na inauguración da exposición, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, xa avisou de que hai estreitas ligazóns entre Pontevedra e o colectivo de intelectuais coas súas palabras. "O Museo de Pontevedra e a cidade do Lérez tiñan que ser un dos escenarios da mostra porque non se entende a Xeración Nós sen espazos desta cidade como o Café Méndez Núñez onde Castelao, Losada Diéguez, Vicente Risco ou Ramón Cabanillas, sementaron o seu xerme", afirmou. Un xerme que implicou un cambio, unha revolución, no futuro -agora xa pasado, aínda que o seu traballo segue vivo- da Galiza dándolle un maior valor "ao seu legado na cultura e identidade galegas". A exposición está composta por máis de 300 pezas, no que en palabras de Silva implica que sexa unha das máis completas sobre este "nutrido grupo de mulleres e homes que contribuíron como nunca antes se fixera ao impulso e expansión da lingua, da identidade e da cultura galegas". Máis de 300 pezas de 64 propietarias O conxunto chegou a través de 64 entidades privadas e propietarios particulares e orixinouse coa idea de aglutinar e reforzar "unha personalidade galega actual propia, ilustrada, universalista e aberta ás correntes de pensamento mundiais". Así é a explicación do xerme desta iniciativa comisariada por Ana Acuña Traballo e Afonso Vázquez-Monxardín Fernández e impulsada pola Deputación pontevedresa en conxunto coa de Ourense e a Xunta da Galiza. Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Cuevillas, Arturo Noguerol, Losada Diéguez e Cabanillas van ser guías da exposición, pero tamén hai certo protagonismo das mulleres da Xeración Nós, algo que quixo subliñar a Deputación. O papel das mulleres Sobre elas, Silva destacou que foron protagonistas "daquela revolución cultural de principios do século XX da que segue a beber un século despois o noso pensamento e coñecemento". Falou, en concreto, de Margot Sponer, Annie MacSwiney e Francisca Herrera, "mulleres moi potentes, que contribuíron co seu talento e activismo ao progreso daquela xeración e a situar á cultura galega na vangarda internacional". Pola súa banda, o vicepresidente da institución, o nacionalista César Mosquera Alonso, comentou que medio cento de pezas foron fornecidas polo propio Museo pontevedrés, pois sen elementos "tan singulares" a mostra estaría "orfa". Máis de 22.000 visitas O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, agradeceu a colaboración "que se concreta en que unha das cidades clave no devir de Nós, como é Pontevedra, acolla esta ambiciosa e completa mostra, unha das tres grandes exposicións da Xunta no marco do Xacobeo 21-22 que xa foi visitada por 22.000 persoas en Compostela e Ourense". Na súa intervención, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, louvou o lugar elixido para "amosar o legado artístico e cultural que a Xeración Nós lle deixou en herdanza a este país, unha herdanza que se basea na autoafirmacón da identidade galega e na confianza en nós mesmos como pobo". A Pontevedra "sucesora" "A actual Pontevedra vangardista e de referencia, a Pontevedra recoñecida e galardoada en foros internacionais, é sucesora desa filosofía de construír Galiza desde si mesma, para desenvolvernos no mundo e aspirar a un futuro mellor", presumiu. Por último, o director do espazo expositivo, Xosé Manuel Rei, advertiu de que, a nivel xeral, o Museo de Pontevedra "é un espazo imprescindíbel para entender, cen anos despois, o lúcido relato construído polos seus diferentes colaboradores en torno á identidade do país, que se asenta sobre un profundo amor á terra, á súa cultura e ás súas xentes". A mostra estará aberta ao público no Museo provincial, no Edificio Castelao, até o 11 de xullo. O horario para visitar esta parte do legado da Galiza é de terzas a sábado de 10 a 21 horas e domingos e festivos, de 11 a 14 horas.
NOS_8370
Galiza recolle arredor de 20 millóns de quilos de castañas ao ano. É a principal produtora e exportadora do Estado, cun volume de negocio superior aos 70 millóns de euros. Hai cinco anos que as familias colleiteiras mais a industria sectorial preservan o seu oficio sen perder de vista o impacto do Dryocosmus kuriphilus, a avespa chinesa do castiñeiro, unha praga asentada en todo o territorio que debilita as árbores e limita o seu rendemento. Eis un estrato da peza publicada no número 369 do semanario en papel Sermos Galiza.
Desde hai un lustro a produción de castaña na Galiza comezou a verse afectada pola chegada dun insecto asiático que dana as árbores e mingua o froito, unha ameaza da que as produtoras xa estaban sobre aviso e que aínda así conseguiu sorprendelas. "Sabiamos como se comportaba porque xa o pasaran outros veciños europeos. Ao primeiro eran unhas poucas bugallas, pero axiña o crecemento foi exponencial. Estas avespas son hermafroditas e aínda que os individuos adultos viven uns poucos días, son capaces de poñer até 200 ovos diarios". Fran Barredo, xerente de Castañas Barredo, no Barco de Valdeorras, lembra que comezaron a traballar na defensa desta praga antes de que chegase ao país. E malia que trataron de "poñer a venda antes da ferida" non foi posíbel frear a colonización. O gran potencial reprodutor desta especie, unido á gran masa de castiñeiro que hai na Galiza, derivou nunha afectación rápida e completa en pouco máis de tres anos. "A avespa chinesa do castiñeiro veu para quedarse", asegura Jesús Quintá, presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) da Castaña. "Coa masa de castiñeiros que temos, centenarios e espallados por todo o territorio, vai ser imposíbel erradicala. Ao Xapón chegou nos anos 60 e séguena tendo. Tamén en Francia e en Italia. Hai que afacerse a ela e combatela para reducir ao mínimo o dano que lles fai ás árbores". O sector xa non produce castaña sen reparar nos estragos da avespiña. De feito foi o primeiro en exercer presión para que o Ministerio de Agricultura aprobase a solta urxente e controlada do seu depredador natural, outro insecto, chinés, que detecta as larvas de avespiña e pon alí os seus ovos para alimentarse delas. Segundo Quintá, "somos o territorio que máis rápido e con máis medios comezou a loita biolóxica, e no prazo de dous ou tres anos esperamos ver os primeiros resultados". Menos castaña e de calidade irregular A falta de ver o control que o parasito Torymus sinensis é capaz de exercer sobre a avespiña, a produción comeza a resentirse. "O ano pasado a calidade foi moi boa pero recollemos un 30% menos de froito", sinala o presidente da IXP. Este ano, o verán fixo confiar as produtoras nunha campaña proveitosa. "O verán foi bo. As árbores chegaron fortes grazas ás temperaturas suaves de xullo e agosto e da auga que caeu neses meses. Vense moitos ourizos nos castiñeiros e iso fainos ser optimistas". Pero as sensacións de Fran Barredo nas comarcas de Valdeorras contrasta coas primeiras impresións de Jesús Quintá tras ver as castañas de cedo que chegan aos canais de comercialización. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_30219
O material, asegurou a presidenta desta rexión, será devolto cando remita a crise da pandemia na capital española.
A presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, anunciou nesta cuarta feira, 25 de marzo, que lograra o compromiso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, para o envío de varios respiradores por parte do Sergas á sanidade madrileña, necesarios para atender as persoas enfermas coa COVID-19. Madrid necesita agora solucionar a "gravidade" da súa situación, "mais despois será un privilexio ceder material a outras comunidades. Somos un único país e un grande equipo", declarou Ayuso nunha entrevista na canle de televisión Telecinco. Segundo informou a dirixente desta rexión,. que alberga a capital española e onde hai un maior número de casos rexistrados da pandemia provocada polo coronavirus, tamén Andalucía, gobernada polo popular Juan Manuel Moreno Bonilla, e Estremadura, gobernada polo socialista Guillermo Fernández-Vara, comprometéronse ao envío de respiradores. O material, asegurou Ayuso, será devolto cando remita a crise da pandemia na capital española na rexión. Feixoo anunciara hai uns días que a súa administración estaba implicada na compra, entre outro material, de respiradores para a sanidade galega para facer fronte ao coronavirus perante a carencia destes instrumentos. Hai apenas uns días, na comparecencia despois do Consello da Xunta, o presidente anunciaba ína investir 52 millóns de euros na compra de diverso equipamento sanitario, entre o que se encontraban 45 ventiladores volumétricos. Ademais, a Xunta habilita axudaspor valor de 10 millóns para aquelas empresas que decidan poñerse a fabricar material como ventiladores ou máscaras.
NOS_40746
A rede de transporte ferroviaria do país ficará a partir de xuño de 2013 sen boa parte das súas liñas de tránsito. A decisión, adoptada polo Ministerio dirixido por Ana Pastor, deixará a Galiza sen 19 trens de media distancia e sen 21 paradas por non seren "rendíbeis".
A liberalización e privatización dos camiños de ferro no Estado español terá as súas consecuencias a partir deste mesmo ano. A poucos meses de se executar a fragmentación das empresas públicas que xestionan o transporte ferroviario, deixará a Galiza sen unha parte importante das liñas que actualmente vertebran o país --agás Lugo. Neste senso, o Ministerio de Fomento --dirixido pola popular Ana Pastor-- suprimirá 19 tres de media distancia e 21 estacións que, segundo o executivo español, non son rendíbeis. Segundo informaron fontes do goberno de Mariano Rajoy a perda de liñas será "compensada" con comboios e trens de longa distancia, decisión que incrementará o prezo das viaxes. As rotas desaparecidas deixarán de seren subvencionadas pola administración española ficando baixo decisión do Goberno da Xunta manter ou non as liñas. Porén, o executivo liderado por Alberto Núñez Feijóo non preve o seu mantemento. A decisión, que xa fora feita pública o pasado ano foi rexeitada polos grupos da oposición e múltiples colectivos, nomeadamente naquelas liñas que son empregadas de maneira habitual por traballador@s e estudantes como os traxectos que conectan A Coruña e Ferrol ou A Coruña - Monforte.
NOS_34212
A Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) organiza entre esta sexta feira e o sábado diferentes actividades para concienciar sobre a importancia do cabalo galego de monte, unha especie fortemente ameazada que forma parte do "patrimonio material e inmaterial" da Galiza após séculos de tradición.
Conta a lenda que durante unha das epidemias da peste que axexou Galiza no século XVI dúas irmás de Sabucedo (A Estrada) ofreceron San Lourenzo, santo desta parroquia, dous cabalos se non enfermaban. E, como así foi, agasalláronllas ao cura, que as deixou no monte ante a imposibilidade de se facer cargo. As bestas comezaron a reproducirse e, segundo consta en diferentes documentos eclesiásticos do momento, pouco tempo despois iniciouse unha das tradicións máis antigas da Galiza: a rapa das bestas. Esta festividade, que alén do espectáculo visual resulta esencial para desparasitar, sanear e protexer os cabalos galegos de monte, non se interrompeu durante máis de 450 anos nin sequera polo golpe de Estado; si a detivo, en cambio, a pandemia da Covid-19 o pasado ano. A rapa volve celebrarse en 2021, mais aprazada a finais de agosto por mor da situación epidemiolóxica. Como antesala, a Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo organiza esta sexta feira e o sábado senllas actividades para "concienciar a poboación" da importancia de mantermos unha festa —declarada de interese turístico— e un animal que podería verse abocado á desaparición, segundo explica a Nós Diario o seu presidente, Paulo Vicente Monteagudo. Ás 21 horas de hoxe actuará Quico Cadaval no curro do Campo do Medio, e mañá, a partir das 9 horas, organizarase unha andaina polos montes de Montouto para observar os cabalos, xantar incluído, que rematará cunha sobremesa musical e unha actuación de Mofa e Befa para denunciar a "agresión eólica nos montes de Sabucedo". Malia que en 2006 se contabilizaban perto de 800 exemplares, hoxe o censo reduciuse a uns 350. "É fundamental conservalos, porque forman parte do noso patrimonio material e inmaterial —a través da tradición—, e é o mamífero salvaxe máis grande da Europa occidental", di, e lembra que as bestas son "un elemento fundamental de control da biomasa e do material combustíbel que pode provocar incendios". Unha especie ameazada Os cabalos de Sabucedo viven en liberdade durante todo o ano —agás os tres días que baixan ao curro por mor da rapa— nuns terreos que abranguen arredor de 3.000 hectáreas e que se verían gravemente afectados polos tres parques eólicos proxectados na súa contorna: Pico Touriñán —dez aeroxeradores e unha potencia total de 30 megawatts (MW)—, de Enel Green Power; Touriñán III-2 —oito turbinas e 24 MW—, de Greenalia, e Campo das Rosas —oito muíños e 27,6 MW—, de Naturgy. Os dous primeiros, alén de compartiren as infraestruturas de evacuación, atópanse nunha fase avanzada de tramitación e contan xa cunha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorábel. "Hoxe xa temos unha grave problemática, porque cando as bestas non teñen alimento no inverno baixan ás aldeas e entran nos prados que a xente ten fechados para dar de comer aos seus animais domésticos. Hai parques situados nas mesmas zonas onde os cabalos viven todo ano, polo que os desprazarían", advirte Monteagudo. Alén da destrución dos hábitats, os mananciais de onde beben e a perda de alimento, o ruído das turbinas e o tránsito de camións espantaría os animais. "Aliás, a apertura de pistas facilitaría o traballo aos ladróns de cabalos, que son un dos grandes problemas que temos", engade. Malia ter presentado senllas alegacións contra estes parques e advertir que as DIA non avalían o impacto real sobre as bestas, protexelas non resulta doado: "Como teñen dono —a sociedade Rapa das Bestas— e están controlados, son considerados gando e non animais salvaxes, malia que si o son, polo que nas alegacións a estes proxectos non serve como causa avaliábel", advirte o presidente da asociación, que insta a mudar a súa catalogación para protexelos e evitar a súa desaparición. Desde Rapa das Bestas están a tramitar a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) inmaterial para a festa, a fin de protexer "os poucos cabalos que quedan" das "múltiples agresións que poderían sufrir". O BNG denunciará na UE o boom eólico por "vulneración da normativa comunitaria" A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a portavoz da formación en Europa, Ana Miranda, anunciaron nesta quinta feira que presentarán ante a Comisión Europea unha denuncia por "vulneración da normativa comunitaria en materia de biodiversidade e de conservación de hábitats" ante o "boom especulativo" da enerxía eólica. Aliás, proporán ampliar a Rede Natura 2000 a 20% do territorio galego —hoxe abrangue 12%—. "Hai barra libre para as eléctricas sen que as galegas teñamos contrapartidas; ao contrario, cada vez pagamos máis pola factura da luz e miles de empregos están en xogo polos custos enerxéticos", afirmou Pontón. "Estamos ante un marco normativo que nos deixa vendidos", concluíu Miranda, quen salientou a "falta de planificación e regulación" no sector.
NOS_32923
A Unión do Povo Galego conmemorou un ano máis en Ferrol a figura do seu militante Moncho Reboiras, asasinado o 12 de agosto de 1975 a mans da policía española. No acto político, o secretario xeral da organización, Néstor Rego, advertiu da necesidade da auto-organización do pobo galego por ser "o que máis combate e o que máis teme o noso inimigo".
Dotar o pobo galego de forzas propias en todos os ámbitos, sen dependencias alleas, como a única maneira de garantir ás clases traballadoras da Galiza un futuro que o Estado español e os intereses dos seus poderes económico-políticos negaban e continúan a negar. Esta foi unha das principais loitas polas que militantes da UPG, entre eles o propio Reboiras, foron sometidos a unha persecución encarnizada. A UPG lembrou esta sexta feira en Ferrol a principal reivindicación do dirixente asasinado en 1975 e da militancia do partido naquela época, "unha Galiza soberana e socialista", unha demanda plenamente vixente e para a que é necesario, afirma a formación, a auto-organización do pobo galego. Na súa intervención no acto político que tivo lugar en Ferrol, Néstor Rego, secretario xeral da UPG, puxo de manifesto a importancia do nacionalismo, que "acertou cando rexeitou o modelo autonómico por valoralo como inadecuado para dar solución aos principais problemas do País, moito menos ás nosas aspiracións como nación". Rego: "Ninguén máis que o nacionalismo coloca no debate electoral a soberanía como horizonte estratéxico, a necesidade imperiosa de podermos decidir sobre o noso" Rego afirmou que "o sistema autonómico maniféstase como absolutamente esgotado e inútil fronte á evidencia de que as decisións que máis nos afectan son adoptadas en Madrid e Bruxelas e o goberno galego limítase a aplicalas de maneira submisa". Engadiu que "ninguén máis que o nacionalismo coloca no debate electoral a soberanía como horizonte estratéxico, a necesidade imperiosa de podermos decidir sobre o noso. Ao contrario, faise evidente a coincidencia de todas as forzas na defensa do marco autonómico e da Constitución española". Na mesma liña, o secretario xeral da UPG insistiu en que "esta coincidencia na defensa dos piares básicos do actual réxime político non vai sequera acompañada de propostas tácticas que busquen, no mínimo, forzar as costuras do sistema. Ao final, todo fica en retórica baleira". En referencia ao BNG, Néstor Rego sinalou que "nós integramos unha forza política que é capaz a un tempo de manter a perspectiva no horizonte estratéxico sen descoidar nunca a atención aos problemas cotiáns nin ás propostas para resolvelos". Propostas tácticas Rego apuntou que "como o proxecto nacionalista de que nós participamos nunca foi ideoloxista, presenta propostas tácticas, perfectamente veríficábeis, que, se se executasen, representarían unha mudanza importante e abrirían novas vías para o futuro". Citou, a continuación, "tres cuestións esenciais para podermos avanzar en consciencia e en organización". A primeira: "non somos un País subsidiado que vivamos da caridade dun Estado protector, senón que vivimos do noso propio traballo e esforzo". A segunda: "moi ao contrario, somo un País espoliado, ao que España rouba o froito do seu traballo, os seus aforros, os seus recursos e os seus dereitos colectivos". E a terceira: "somos un País con enormes potencialidades que só precisan das condicións adecuadas para seren desenvolvidas, condicións que parte da capacidade soberana do pobo galego de decidir sobre si propio". Rego salienta as alternativas do BNG para "construír unha nova Galiza más xusta e próspera" O secretario xeral da UPG salientou que "ninguén máis que o BNG está a colocar no debate propostas e iniciativas que rompan co marco actual e que permitan transformar positivamente o noso País". Lembrou medidas como a dun novo sistema de financiamento baseado no concerto económico, o dun marco galego de relacións laborais ou a redución progresiva das subvencións ao ensino concertado para reforzar o ensino público. Asegurou que "hai moitas outras alternativas que se sustentan na capacidade de decidir sobre o noso para construír unha nova Galiza más xusta e próspera". Como cada ano, antes do acto político, no que tamén tomaron a palabra Manuel Polo e Antía Insua, tivo lugar a interpretación da Internacional e a tradicional ofrenda floral a Moncho Reboiras na rúa Terra, onde foi abatido pola policía española. Na xornada da mañá, a UPG fixo outra ofrenda floral no cemiterio de Imo (Dodro), e organizou un xantar popular en San Sadurniño no que non faltou a mesa de debate "A mudanza real que a Galiza precisa".
PRAZA_2762
A Plataforma en Defensa do Lácteo intensifica as protestas nas áreas comerciais a partir deste xoves, día no que a Muralla volverá ser rodeada por tractores de maneira indefinida. O sector busca o compromiso dos grandes partidos para que se cumpra un acordo lácteo "fracasado" Cuíña e Besteiro critican con dureza a visita agora de Tejerina "para pedirlles o voto aos gandeiros"
Cuíña e Besteiro critican con dureza a visita agora de Tejerina "para pedirlles o voto aos gandeiros" O conflito lácteo entra en campaña. Logo dunha semana de "concienciación" e reparto de información ás portas das grandes áreas comerciais, a Plataforma na Defensa do Sector Lácteo Galego decidiu endurecer as protestas ante a falta de avances dun acordo lácteo "fracasado" e no que ningunha das partes está a cumprir o asinado. A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo intensifica as protestas ante as áreas comerciais Tres meses despois das grandes protestas, os gandeiros volverán á rúa. A Plataforma decidiu intensificar as protestas esta semana nas portas das grandes áreas comerciais, primeiro nas da Coruña este vindeiro xoves 10, para logo ir cambiando de localidade. Ademais, tampouco desbota sacar os tractores á rúa pero antes comprobará en cada comarca a disponibilidade do sector. Nese mesmo xoves 10, en Lugo, os tractores si sairán das explotacións para rodear de novo a Muralla. Convocados por Agro Muralla, o colectivo xurdido das protestas na capital lucense á marxe da Plataforma, alertarán sobre a precaria situación das granxas galegas, que seguen a cobrar baixos prezos polo leite malia o incremento do importe nos supermercados. Uns e outros farano en plena campaña electoral para chamar a atención dunha crise que non remata. Todo, malia un acordo lácteo ao abeiro do Ministerio de Agricultura que nin se cumpre nin dá resultados. Os gandeiros de Lugo, á marxe da Plataforma, rodearán a Muralla desde o día 10 e de maneira indefinida Galicia é o único territorio que cobra menos de 30 céntimos por litro de media, unha cifra seis céntimos menos á que perciben as explotacións andaluzas. E as subas do importe de entre 3 e 5 céntimos por cartón nos supermercados só a notan os consumidores porque, tal e como lembra o sector, "non repercute nos gandeiros". A situación non cambia e a ausencia dun réxime sancionador nun acordo lácteo baseado na boa vontade provocou o que advertiran SLG e UUAA, que decidiran non asinar o pacto. Nin a distribución nin a industria garanten prezos dignos para os gandeiros e a Plataforma vén de decidir que, cando menos, intentarán acadar un compromiso dos catro principais partidos para que fagan cumprir o acordo na vindeira lexislatura. "Non estou seguro de que estean incumprindo nada, o que ocorre é que non hai mecanismos legais que obriguen a industria e distribución a nada, nin se fixou cales son as marxes para garantir prezos dignos", lembran desde o SLG, membro dunha Plataforma en Defensa do Lácteo onde non se descarta mobilizar os tractores en plena campaña. Sexa como for, as protestas nos mesmos días nos que os partidos piden o voto teñen a intención tamén de presionar os grandes partidos para que "garantan o cumprimento do acordo lácteo" agora que cambia o goberno. Agro Muralla xa advertiu que a concentración de tractores prevista para o vindeiro xoves 10 de decembro arredor do monumento non abandonará a Ronda nese mesmo día, senón que se manterá de maneira indefinida ata que reciban explicacións por parte da distribución sobre o incumprimento do acordo lácteo. Desde a Plataforma, advirten que as súas protestas "deberán manterse no tempo ata que se acade unha solución". Tejerina ve "moito mellor" e "máis práctico" que os gandeiros "centren os seus esforzos en propostas e non en tractoradas" As protestas en Lugo non se limitarán só ao estacionamento dos tractores na Ronda da Muralla, senón que os gandeiros tamén acudirán a algunha cadea de distribución, aínda que a intención non é, en principio, o seu bloqueo, senón acadar información sobre por que se incrementa o importe do leite nos lineais pero is non repercute nos produtores. Mentres, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, participa nestes días en Galicia en varios mitins do PP e asegura que sería "moito mellor" e "máis práctico" para o "futuro" do sector lácteo "que centre os seus esforzos en boas propostas" para tratar de incrementar o prezo en lugar de facer tractoradas. Eleccións xerais 2015
NOS_20265
Rafael Quintía (Vigo, 1971) é antropólogo, profesor e escritor galego. Especialmente interesado na figura mitolóxica da moura, Quintía é autor do libro 'Análise estrutural e simbólica do mito da moura', onde analiza ao detalle todos os aspectos a ter en conta desta figura. Previo a isto, deu a coñecer a análise 'Mouros e mouras. Na procura de nós mesmos'. O antropólogo reivindica saber de onde vimos para saber cara a onde imos.
Falar da mitoloxía "é falar sobre nós mesmos", e así o reflexa Rafael Quintía na súa análise dos mitos dos mouros e as mouras. Estes dous mitos "de grande importancia no folclore galego" comparten certos atributos, mais diferéncianse en procedencia e significados, sendo o mito da moura, entendida como figura individualizada, máis antiga que os mouros. Ambos son un "alicerce fundamental da nosa identidade, sérvennos para cubrir un baleiro histórico e dotar de significado todos eses restos do pasado que non sabemos quen fixo", indica o antropólogo en conversa con Nós Diario. No seu traballo, Quintía expón que a sociedade galega construíu este mito dos mouros por oposición, "pois aínda que os dota de estruturas sociais, necesidades, crenzas relixiosas e preocupacións propias da humanidade actual, faino desde un punto de vista épico". Por iso son asociados con grandes tesouros, viven debaixo da terra e fan a súa vida de noite mentres que dormen de día. Os mouros son unha "raza mítica" poboadora do noso territorio á que se lles atribúe monumentos megalíticos como A Pena dos Mouros, en Castroverde, ou o Espicho do Faro, en Salceda de Caselas. Aquelas construcións ou ruínas de orixe descoñecida ou penedos que non semellan naturais é "para a cidadanía galega, cousa de mouros". Con respecto ao nacemento do mito, na súa investigación o antropólogo fai referencia ao escrito do Codex Calixtinus, que xa no século XII destacaba que "a terra dos galegos é rica en ouro e prata, e en tecidos e peles silvestres e noutras riquezas e, sobre todo, en tesouros sarracenos". Quintía relaciona este termo de "tesouros sarracenos cunha mala tradución dos nosos mouros galegos, xa que atopo difícil crer que existise esa idea de que os sarracenos deixaron grandes tesouros se temos en conta o pouco impacto e pegada que os árabes deixaron no país". Todo isto reflicte que "na Galiza este mito leva existindo na nosa historia desde moito antes do século XII", apunta o antropólogo. Quintía destaca a "forma de concibir o tempo e o pasado" deste mito, xa que "unha sociedade tradicional como a galega considera que o presente xorde do pasado pero á vez flúe de modo paralelo a este", en contraposición de sociedades modernas e industrializadas que, como indica o antropólogo Lévi-Strauss, "representan o tempo como unha secuencia acumulativa no que cada momento procede do anterior e anuncia o próximo". A moura como "ser civilizador" Por outra banda, o mito das mouras fai referencia a mulleres "encantadas, de enorme beleza resaltada polo seu cabelo roxo, rubio ou louro, a súa pel branca e as súas meixelas rosadas". Viven en fontes, pozas, ríos ou castros e posúen grandes riquezas e unha forza sobrehumana. Entre as diferentes representacións da moura na mitoloxía, como moza, onde fai o papel de muller nova e sedutora buscando esposo; ou raíña, mais asociada á señora que habita nun pazo agochado baixo un castro; Quintía destaca a faceta de "ser civilizador". Esta representación "outorga elementos necesarios para a civilización, por exemplo, de que a moura construíu os sistemas de regadío no país e por iso puido haber agricultura, ou que en Pereiros lle regalou á xente da zona a primeira planta de vide e desde ese momento houbo viño", explica. "A mitoloxía galega é un patrimonio inmaterial fundamental" Ademais, o antropólogo, tamén resalta a faceta creadora da moura dos propios elementos da natureza e a meteoroloxía, "trazos que demostran o gran poder e a antigüidade desta figura", apunta. Dentro de todos os anos que Quintía leva investigando a mitoloxía galega, especialmente o mito da moura, apunta que "non atopei feitos ou datos que me fixeran variar a miña visión sobre estas figuras, mais nestes últimos anos encontrei un matiz dentro da capacidade de transformación da moura, que indica se podía converter en touro", comenta o antropólogo. Se non sabes de onde vés, como saber a onde vas? O investigador Rafael Quintía sostén que a mitoloxía é "un patrimonio inmaterial fundamental da nosa cultura, un molde mental compartido por unha colectividade. Aspectos como a forma que tiñamos de ver o mundo permítenos valorarnos mellor a nós mesmos e, se non coñeces de onde ves, é moi difícil saber quen es e moito máis complicado vai ser saber a onde vas", asevera. Na súa faceta de profesor, Quintía critica a falta deste tipo de contidos na educación galega. "Temos un sistema educativo obsoleto en materias que, ademais, non está deseñado para fomentar o autocoñecemento, a capacidade crítica ou o libre pensamento", comenta o profesor. "Todos estes aspectos culturais e antropolóxicos tampouco son inocentes, axúdannos a pensar, a entender o mundo e a ter claro cal é a nosa identidade e, ás veces, este tema resulta conflitivo neste sistema que só prepara as crianzas para que non teñan unha gran capacidade crítica", conclúe.
PRAZA_2210
O Goberno confírmalle a AGE a caducidade das concesións mineiras de Edgewater. A decisión afecta ao "núcleo fulcral" da iniciativa e "inviabiliza na práctica" a mina segundo a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, que gaba "a vitoria na loita contra a megaminería destrutiva"
Punto final ao polémico megaproxecto mineiro de Corcoesto. A Xunta vén de confirmar a caducidade das concesións mineiras da empresa Edgewater na comarca de Bergantiños a través dunha resposta parlamentaria ao grupo parlamentario de AGE. A nova, agardada desde hai meses, supón o golpe definitivo a unha iniciativa que provocara unha forte contestación social e mesmo política en toda Galicia. Supón a perda dos dereitos mineiros da compañía e a fin, desta si que semella que de vez, desta proposta de xigantesca mina. A Xunta confírmalle a AGE a perda dos dereitos mineiros de Edgewater en Corcoesto "Remata así unha loita popular cunha nova vitoria na loita de resistencia contra a megaminería destrutiva", recoñece a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a quen AGE comunicou unha noticia que levaba meses esperando. Así, a Xunta acordou declarar a caducidade das concesións mineiras das explotacións Emilita, nº1221, Cidade de Landró nº 1454 e Cidade de Masma, nº 1455, de titularidade de Mineira de Corcoesto, filial da multinacional canadense Edgewater. Un proceso iniciado en xaneiro de 2015, cando o Goberno galego resolveu desestimar o recurso imposto pola compañía contra a anterior denegación do proxecto de explotación. En maio, a Consellería de Economía acordou iniciar o expediente de caducidade das concesións, que se confirmou no mes de agosto pasado tras ser revisadas as alegacións presentadas pola multinacional. É un golpe ao "núcleo fulcral da pretendida mina a ceo aberto de Corcoesto" que "inviabiliza na práctica o proxecto mineiro" A caducidade das concesións mineiras das explotacións supón, como lembra a plataforma, un golpe ao "núcleo fulcral da pretendida mina a ceo aberto de Corcoesto", polo que ao decaer os dereitos mineiros -concedidos irregularmente e que foran denunciados pola veciñanza e por organizacións sociais- "inviabilizan na práctica totalmente o proxecto mineiro de Corcoesto". Paco García, voceiro da plataforma, lembra que a denegación do proxecto por parte da Xunta foi "fundamental" pero aclara que sen a perda destes dereitos mineiros, Edgewater podería telo intentado cantas veces quixera. "Agora non teñen ningún dereito sobre a zona; era o último trámite que faltaba para acabar de vez coa actividade e coas intencións da compañía", insiste. A plataforma amosa a súa "satisfacción" polos éxitos acadados nesta "loita popular na defensa da nosa terra e do noso xeito de vida fronte aos intentos do novo colonialismo por destruír os nosos recursos". Ademais, agradecen o esforzo de "todas as persoas, colectivos sociais, concellos, partidos políticos, sindicatos ou grupos ecoloxistas que, dende un primeiro momento, puxéronse do lado da nosa loita, conseguindo entre todos e todas parar esta barbarie. "Está ben claro que foi a loita social a que logrou deter este megaproxecto e non a vontade propia da Xunta; toda Galicia se mobilizou, non só a comarca, e houbo moito implicación desde as universidades ata a veciñanza, pasando por moitos colectivos e organizacións", destaca García, que advirte que "todo o mundo conta" nunha pelexa como a que levou a cabo Corcoesto contra a minería contaminante. Esta nova vitoria para o colectivo contra a minería destrutiva chega logo de que Edgewater reclamase 20 millóns ao Goberno galego ante os tribunais pola denegación do proxecto. Agora, a cancelación destes dereitos para a firma supón tamén un novo risco para a zona: Sacyr e o seu desembarco no negocio da minería. Esta construtora, símbolo da etapa máis esaxerada a burbulla inmobiliaria e fortemente vencellada á obra pública, xa anunciou a principios de ano o acordo coa canadense Macquarie Capital para reactivar proxectos mineiros en España. Foi a través da súa filial Valoriza Minería e mediante unha alianza coa maior financeira mundial do negocio, que conta con máis de cen acordos en distintas industrias e lugares desde hai anos cun investimento que case alcanza os 2.000 millóns de euros. A posibilidade de novos intentos empresariais son menores: "a sociedade xa está organizada e ten capacidade de resposta" Desde a plataforma, Paco García recoñece que a comarca non está a salvo de futuros intentos, pero tamén que as posibilidades de que unha multinacional aposte agora por un megaproxecto como o pretendido é moito máis difícil. "Tería que solicitar os dereitos mineiros, ir a un concurso público... Pero agora a sociedade aquí xa está organizada, temos capacidade de resposta, presentariamos alegacións, difundiriamos informacións e activariamos de novo a defensa da nosa terra, do rural e da nosa forma de vida, que é o importante", asegura. "Seguiremos con atención todos os posíbeis movementos que se poidan producir nun futuro porque somos conscientes que onde exista un recurso será obxecto da avaricia do capital máis destrutor que, disfrazado de falsas promesas de prosperidade, pode volver a intentar esta actividade coa complicidade da política subordinada a estes poderes económicos", advirten, no entanto, desde a plataforma nun comunicado. O proxecto de Corcoesto prevía unha mina a ceo aberto de 95 metros de profundidade sobre o nivel do mar e ata 300 sobre o terreo para extraer uns 1,6 gramos de ouro por tonelada de rochas. Consumiría 128 quilogramos de cianuro e xeraría 4.000 toneladas de residuos que destaparían 250 quilos de arsénico por cada quilo deste material precioso. Un proxecto que ocuparía 800 hectáreas, pero que puido terse estendido a moitas máis á vista dos permisos solicitados.
NOS_41545
A lexislación israelí complica os trámites para a consecución de licenzas de obra por parte dos palestinos en Cisxordania, mentres que facilita a construción de máis vivendas nos asentamentos de colonos israelís, que o dereito internacional considera ilegais. Un mecanismo na procura de mudar a demografía nesa área de maioría árabe.
Só durante o pasado mes de agosto, o Estado de Israel demoleu ou expropiou 88 edificacións propiedade de cidadáns palestinos, todos, agás un, baixo a premisa de que carecían de licenza de obra, un permiso que é imposíbel de conseguir para os palestinos. Como resultado, un total de 202 persoas foron desaloxadas e desprazadas das súas vivendas, e arredor doutras 450 víronse afectadas. Son datos extraídos dun informe da Oficina das Nacións Unidas para a Coordinación de Asuntos Humanitarios do que se fai eco The Electronic Intifada, unha publicación dixital con sede en Chicago (EUA) dedicada á cobertura do conflito israelí-palestino. Segundo a información elaborada pola xornalista deste medio Tamara Nassar, desde o pasado mes de marzo, cando se rexistraron os primeiros casos da Covid-19 nos territorios ocupados de Cisxordania, as forzas israelís demoleron ou expropiaron case 400 edificacións palestinas. Isto é, case 65 por mes "a media máis alta en catro anos", o que equivale a arredor de 700 persoas desprazadas ─a maioría durante a pandemia─, a metade, menores. O incidente de maior envergadura produciuse o pasado 25 de agosto nunha comunidade beduíno-palestina de Ramala ─a capital administrativa de facto da Autoridade Nacional Palestina (ANP)─, onde nove edificacións, incluídas tres vivendas e cinco cortes, foron derrubadas: 24 persoas, entre estas 11 crianzas foron desaloxadas, e outras 13 viron o seu sustento de vida afectado. Negación de permisos Desde hai máis de tres décadas, as autoridades israelís iniciaron unha política de rexeitamento dos permisos de construción de edificación presentados polos palestinos. En 2019, segundo datos oficiais, no Xerusalén ocupado demoléronse 140 casas. Na primeira metade de 2020, foron máis de cen. O procedemento administrativo para conseguir unha licenza de obra pódese estender até oito anos, e o custo económico de obter toda a documentación necesaria anda polo equivalente a 50.000 euros. Ademais, as autoridades evitan aprobar plans xerais de ordenación urbanística para as veciñanzas palestinas. Como resultado, os cidadáns palestinos vense na obriga de construíren as súas casas sen contar con licenza de obra, para tempo máis tarde recibir ordes de demolición sobre elas. A situación é inversamente oposta para os colonos israelís. De acordo con datos da organización Peace Now ("Paz Xa", ONG israelí fundada en 1978 por reservistas do Exército de Israel que avoga pola solución dos dous Estados), as autoridades deron un total de 48.000 licenzas de obra nos asentamentos de Cisxordania entre os anos 1991 e 2018, por tan só 9.350 que foron concedidas aos cidadáns palestinos durante ese mesmo período de tempo. Medran os asentamentos O último informe anual sobre a economía en Palestina elaborado pola Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (Unctad, as siglas en inglés polas que é máis coñecida) daba conta dun total de 150 asentamentos de colonos israelís e doutros 128 postos edificados sen contar coa cobertura da lexislación do Estado de Israel. Uns e outros son ilegais baixo o dereito internacional. "En 2019, Israel demoleu ou expropiou 622 edificacións palestinas en Cisxordania, incluídos 127 edificios destinados á axuda humanitaria", pódese ler nese informe presentado e asinado polo secretario xeral da Unctad, o kenyano Mukhisa Kituyi. "En 2019 e a comezos de 2020, as forzas israelís aceleraron o ritmo de construción de asentamentos, a pesar de seren ilegais baixo o dereito internacional", engade o texto. Outros casos de desaloxos prodúcense con base na lei israelí de propiedade do ausente, de 1950. Esta permite ás autoridades de Israel facerse coas terras e propiedades de refuxiados palestinos que fuxiron ou foron expulsados durante e despois da Nakba (termo para designar o éxodo palestino tras a Guerra árabe-israelí de 1948 que significa "desastre"). Baixo unha emenda introducida de 1970, Israel permitiu aos xudeus reclamar as propiedades de Xerusalén que abandonaron nese 1948, mais non concede ese mesmo dereito aos palestinos.
NOS_52636
O recoñecemento terá lugar este sábado 16 ás 14 horas no restaurante Celme Galego, na parroquia viguesa de Valadares.
A asociación cultural O Castro de Vigo organiza un acto de homenaxe a Nemesio Barxa, avogado e membro do consello de administración de Sermos Galiza. O restaurante Celme Galego, ubicado na parroquia viguesa de Valadares, acollerá o Xantar da Cultura onde se fará recoñecemento da traxectoria deste activista na defensa da cultura e da lingua galega. Será este sábado 16 ás 14 horas. "Aínda que non o pareza porque a vida che obriga a tomar decisións, o certo é que son esencialmente un home tímido ao que non lle gusta estar en primeira fila de ningún sitio, mais a verdade é que me sinto encantado e moi agradecido", explicaba Nemesio Barxa en declaracións a Sermos Galiza. O xurista, que comezou o seu compromiso cultural e político durante a ditadura franquista, estende esta homenaxe "a toda esa xente que ía canda min ao longo desta andaina". "Temos a necesidade de reaxir desta paralise para espertar de novo e defender o noso" Asegura que a súa militancia responde a "unha obriga que sintes que tes co teu país, coa túa identidade nacional, polo que era algo que tiña que facer". Botando a vista atrás, Barxa fai un balanzo moderadamente optimista da situación actual da cultura e da lingua do país. "Agora xa se poden facer moitas cousas que no franquismo non había, mais por iso tamén hai un certo abandono ou desaceleración en canto á súa defensa", indica. O avogado lembra as primeiras reivindicacións polo uso do galego nos xulgados, dereito que foi conquistado e que, actualmente, "atopas bastante desasistido". Xa no presente, o homenaxeado recoñece detectar "un desfondamento" na sociedade "tanto nos temas de defensa da cultura e da lingua como no que se refire a obter vitorias políticas que nos leven a autogobernarnos". Por iso, admite ollar cara o futuro cun realismo que, non obstante, non lle impide perder a esperanza en que "haberá un futuro". "Eu probablemente non o verei nos anos que me queden, mais temos a necesidade de reaxir desta paralise para espertar de novo e defender o noso", conclúe.
NOS_9233
O Goberno central condena as declaracións de Nicolás Maduro nas que cualificaba ao ex-presidente de "asasino" por apoiar a Guerra de Iraq, nunha mostra máis da habitual estratexia dos poderes españois de ataque ao executivo bolivariano.
"Lamentábeis declaracións". Así cualifica o Goberno español as acusacións que o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, lanzou contra o ex-presidente José María Aznar pola súa participación na Guerra de Iraq de principios da década pasada, que o Estado español da man do PP apoiou malia a posición en contra da maioría da poboación. "1.200.000 mortos en Iraq por culpa de Aznar, o asasino de España, sanguento asasino de España, o ex-presidente Aznar. Asasino, dígolle, porque el é responsábel desas mortes, porque el promoveu a guerra xunto a Bush", afirmou Maduro durante un acto no Palacio de Miraflores, cuxo eixe central era a baixada dos prezos do petróleo, da que responsabilizou a Estados Unidos e ao seu "interese por prexudicar a outros países como Rusia, Irán ou Venezuela". Enfrontamento Ante estas declaracións, o Goberno de Rajoy -designado a dedo por Aznar como o seu sucesor a pesar de que a súa relación está agora deteriorada- pediu "explicacións" a Venezuela e amosou toda a súa "solidariedade" co líder de FAES, abrindo así unha crise entre ambos Estados, algo habitual posto que desde o Goberno e os poderes españois son constantes os ataques ao proceso bolivariano, que adoito chaman "ditadura" malia estar recoñecida de forma internacional como unha democracia e saíren os seus gobernos sempre de procesos electorais limpos. O Executivo de Aznar mesmo chegou a apoiar un golpe de Estado contra o lexítimo goberno do falecido Hugo Chávez a pasada década.
PRAZA_18407
Hoxe os tanatorios galegos énchense de veciños que coñecen a noticia do falecemento dunha persoa polas redes informais de comunicación, e que van ao novo centro social a testemuñar o pésame aos familiares; sí..., e de paso a ver aos outros veciños
A finais do anos 60 chegou a televisión a Galicia, dificultada pola feble rede de repetidores do sinal de TV. O réxime franquista fixo un esforzo por espallar o novo invento, o que se materializou nos teleclubs, postos en marcha en centos de lugares de Galicia aproveitando escolas, salóns de baile, ou novas construccións, que se converteron en verdadeiros centros sociais. Aínda hoxe quedan restos dalgúns deles, reconvertidos en bares ou abandonados, dado o devalar da poboación rural. O conseguidor daqueles centros fora un xoven e decidido ministro franquista chamado Manuel Fraga Iribarne, dotado unha capacidade asombrosa para estar aquí e alá ao mesmo tempo; un día inauguraba un hotel en Canarias, e ao día seguinte un teleclub en Santa Comba, e rápido!, que tiña que ir bañarse a Palomares. Tamén os centros de saúde decaeron nesa función social, sobre todo a partir do 2010, coa implantación da receita electrónica en Galicia. Ocuparon o seu posto os tanatorios, chegados a finais 90, e hoxe espallados por toda Galicia Cando a TV chegou a todos os fogares, e descontando as igrexas, que foron perdendo poder de convocatoria coa secularización da sociedade, xurdiron outros centros sociais, os centros de sáude, para a cada vez máis numerosa xente maior. Construídos nos anos 90, pola nova Consellería de Sanidade (que facía chamativas campañas como a de "Doa os teus riles", coa voz grave e a prosodia perfecta do actor Ernesto Chao, recentemente falecido), as persoas maiores ían alí consultar as súas doenzas e pedir receitas, con frecuencia mensual, quincenal ou semanal... que soía coincidir co mercado habitual na vila. Desta época é a suposta conversa entre dous anciáns, no que un lle reprocha ao outro: -Como non viñeches a semana pasada?, di un. -Estaba enfermo, e quedei na casa!, dí o outro -Ai, canto vicio!, retruca o primeiro. Pero tamén os centros de saúde decaeron nesa función social, sobre todo a partir do 2010, coa implantación da receita electrónica en Galicia, que reduciu moitísimo as visitas dos pacientes. Ocuparon o seu posto os tanatorios, chegados a finais 90, e hoxe espallados por toda Galicia; non hai concello, por pequeno que sexa, sen tanatorio; algúns contruídos por certo, con subvencións da Xunta ou da Unión Europea. Un exemplo de modernidade que acabou con aqueles velorios tradicionais, que tantas veces se convertían en verdadeiras feiras que os cregos censuraban. O negocio tanatorial foi visto por compañías de seguros como Ocaso, que creou Servisa, hoxe unha das empresas do sector máis potentes. A situación é tal que segundo un estudo publicado en 2008 pola universidade da Coruña, Galicia contaba con 414 tanatorios (137 na provincia da Coruña, 105 na de Lugo, 86 na de Ourense e 87 na de Pontevedra); isto é, o 30% dos existentes en España!. Por citar so dous exemplos: Ponteceso, con 6.000 habitantes, ten 2 tanatorios; e nesa comarca de Bergantiños hai 25 en total!. En cambio, a provincia de Madrid, con 6,5 millóns de habitantes, tiña en 2010 só 76 tanatorios; algo similar ocorre en Barcelona e nas demais provincias españolas. Así, non é extraño o caso de Valdoviño, na costa norte galega, onde comparten solar -só separados por un muro- un hotel e un tanatorio, xestionados pola mesma familia desde hai 15 anos. Ou o de de Chandrexa de Queixa, na Galicia profunda, onde unha antiga escola unitaria ven de ser transformada no velatorio municipal... Hoxe os tanatorios galegos énchense de veciños que van ao novo centro social a testemuñar o pésame aos familiares; sí..., e de paso a ver aos outros veciños Hoxe os tanatorios galegos énchense de veciños que coñecen a noticia do falecemento dunha persoa polas redes informais de comunicación, e que van ao novo centro social a testemuñar o pésame aos familiares; sí..., e de paso a ver aos outros veciños -"canto tempo que non te vía!"- e tomar un cafe ou incluso comer xuntos pois a maioría dos que asisten están xubilados e dispoñen -de forma ilimitada- do seu maior tesouro: o tempo. Así é Galicia, o pais do millón de vacas... e dos mil tanatorios! Publicidade
NOS_14969
Máis un número do semanario na rúa e ben completiño: o 'choio' das eléctricas, entrevistas Pérez Prieto e Rubén Cela, un percorrido polas novas voces da poesía galega, o metabolismo vivo da economía galega, as mulleres do Saviñao e 'A Revolta da Fame'... . Todo isto e moito máis xa a podes lelo na nosa loxa.
Galiza é unha potencia en xeración e transformación enerxética; tanto, que, como é ben sabido, exporta anualmente arredor dun terzo da que produce, descontadas as perdas por mor do transporte interno e cara a outras zonas do Estado. Con todo, a calidade do servizo deixa moito que desexar, o que reflicte un desleixo claro por parte das compañías eléctricas que teñen neste país un gorentoso activo para as súas contas. Debullamos o por que desta realidade na reportaxe 'Un choio para as eléctricas'. Ademais, o econimista Adrián Dios achéganos nunha análise 'Algunhas ideas para o debate sobre o modelo eléctrico'. 'As mulleres do Saviñao'. Inés de Ben, María Pita, María Soliña... e tantas outras mulleres anónimas erguéronse contra a opresión, a fame, o espolio e a inxustiza ao longo da nosa historia. Unha historia con protestos á fronte dos cales se situaron as galegas. É o caso dos levantamentos ludistas en Cangas, Redondela, Noia ou Portosín; das cigarreiras da Coruña; das mártires de Nebra (Porto do Son), de Sofán (Carballo) e de Sobredo (Tui). Tamén da loita das Encrobas, hai 40 anos, ou de Baldaio, así como dunha mobilización menos coñecida: a do Saviñao, en 1946. A recente iniciativa do Goberno portugués de conxelar a extensión do eucalipto no seu territorio até o 2030, como recolle a Estratexia Nacional para as Florestas (EFN, aprobada polo anterior executivo da dereita) tenevidentes repercusións no noso país. Fins Eirexas cóntanolas en 'O país do medio millón de hectáreas de eucaliptos'. Política Entrevistamos Rubén Cela, que non é só un dos rostos máis visíbeis da nova etapa do BNG, a que ten no horizonte a XVI Asemblea Nacional, a que está a protagonizar unha remontada após os estimulantes resultados das eleccións galegas. É tamén o portavoz do Bloque no concello de Compostela. Nesta entrevista explícanos as chaves da negociación que levou a formación nacionalista a dar o seu apoio aos orzamentos da cidade. 'A esquerda española, despois de Vistalegre II'. O combate de Vistalegre saldouse cun claro triunfo da liña do seu secretario xeral, quen gaña poder orgánico e despraza o seu rival interno. Isto supón que se reforza en Podemos o discurso menos proclive a un entendemento co PSOE. O aparato socialista, controlado agora por Susana Díaz, está satisfeito coa vitoria de Iglesias. Internacional Os acordos de Minsk II, asinados en febreiro de 2015, continúan a ser incumpridos. O goberno de Ucraína iniciou a finais de xaneiro unha nova ofensiva militar contra as repúblicas populares de Donetsk e Lugansk. 'Kiev viola a tregua cunha nova escalada no Donbass'. 'Dúas semanas de protestos exixen a demisión do goberno romanés'. O Executivo de Sorin Grindeanu tivo que retirar un decreto co que pretendía reducir as penas por casos de corrupción, beneficiando de maneira directa líderes do partido gobernante (PSD). O país súmese nunha crise institucionalpolo enfrontamento entre o presidente da República e o Executivo. 'Rajoy, emisario de Trump?'. O Goberno español quixo capitalizar unha chamada de cortesía de apenas quince minutos de duración, exaxerando o contido e alcance da conversa. Nin Washington ten intención de que España desempeñe ese papel, nin estaría en condicións de o facer, malia o servilismo, pola perda de relevancia internacional. Extraer e fornecer Embora avanzos e progresos, mantemos elementos propios dunha economía dependente. A respeito do Estado español, trátase dunha dependencia de tipo clásico, como fornecedora de materias primas e de enerxía para alimentar as economías doutros territorios. Non falta á cita a sección Fóra de Serie, con ideas, recomendacións e achegas, entre outras moitas máis cousas. No selfie entrevista falamos coa sexóloga Martina González. Na sección de Memoria achegámonos a Amada García, fusilada canda outras sete persoas, no Castelo de San Felipe no abrente do 27 de xaneiro de 1938, tres meses despois de dar a luz ao seu segundo fillo. O colectivo Xea lévanos da man a percorrer a ruta do miradorio do Eume, unha das paraxes máis fermosas do país. En 'A lei do silencio' Manuel Xestoso fala da falta de transparencia no CDG e na AGADIC a raíz da nova montaxe. "O máis inquietante de todo é que non existen voces quese alcen con contundencia contra esta omertà que rexe a vida pública e que seacepta cunha preocupante naturalidade o mutismo das autoridades" "Na Galiza temos algo priscinialista, rebelde" Entrevistamos Victorino Pérez Prieto (Hospital de Órbigo,León, 1954) acaba deregresar de Colombia, onde traballou durante dous anos de docente e investigador nunha universidade de Bogotá. O seu contacto estreito coa sociedade colombiana levouno a colaborar en mesas de paz, na súa condición de experto en diálogo interrelixioso, e a traballar con persoas indíxenas e campesiñas. Autor de numerosas publicacións sobre filosofía e teoloxía, dirixe a súa ollada ao compromiso cristián con Galiza e á interculturalidade. Afra Torrado, Paula Antía Rey Baliña, María Vilas e Helena Salgueiro son, xunto a Antón Blanco, Ismael Ramos e Tamara Andrés, algunhas das autoras máis novas da Galiza. Recitámoschas en 'As voces máis novas da poesía galega'. Ademais, as achegas e opinións dos nosos colaboradores: Antón Losada, Xoán Costa, Pepe Barro, Mario Regueira, Andrés Castro, Luz Darriba, Nacho Hortas, Tokio, Mercedes Espiño... Podes ler o nº234 do semanario Sermos Galiza na nosa loxa.
NOS_45496
"Ningunha agresión vai ser penada nin castigada", critica a deputada Eva Solla, "e todo queda apenas nunha boa declaración de intencións" na nova lei de non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.
A nova lei de non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (LGTB) deixa sen protección ás persoas desta comunidade que sexan agredidas. Un desamparo do que a Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) responsabiliza ao Partido Popular. A norma someteuse na tarde desta terza feira ao dítame da ponencia en comisión pero, en palabras da deputada de AGE Eva Solla, "saíu completamente desnaturalizada". A formación acusa ao PP de eliminar durante o proceso de debate todos os artigos do réxime sancionador da norma, que orixinalmente fora presentada polo PSdeG como proposición de lei. "Ningunha agresión vai ser penada nin castigada", critica Solla, "e todo queda apenas nunha boa declaración de intencións". A maiores, o PP suprimiu o artigo que solicitaba protocolos sanitarios, policiais ou xurídicos e informes de seguimento para casos de violencia contra lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais. "De feito, o PP tamén se negou a aprobar unha emenda de Alternativa para incluír o concepto e definición de intersexual no texto". Eva Solla engade a isto que a maioría gobernante "tamén retirou á referencia á necesidade de recuperar a memoria de gais e lesbianas represaliados pola ditadura fascista de Franco".
PRAZA_7179
Dende as organizacións sociais seguiremos traballando para que os dereitos sexan globais e nunca máis unha moeda de cambio. Denunciaremos, esixiremos e seguiremos acompañando ás persoas e aos colectivos na defensa dos nosos dereitos
Hoxe fan os 66 anos da aprobación da Declaración dos Dereitos Humanos (DDHH). Outra desas datas que, nun mundo ideal, non deberían existir. Como tampouco deberían existir organizacións coma as ONG de Desenvolvemento (ONGD), que traballan defendéndoos en todo o mundo. Foron organizacións da sociedade civil, movementos de persoas loitando por un mundo máis xusto, as que acadaron logros en forma de dereitos que hoxe se están poñendo en perigo en moitos lugares do mundo Foron organizacións da sociedade civil, movementos de persoas loitando por un mundo máis xusto, as que acadaron logros en forma de dereitos que hoxe se están poñendo en perigo en moitos lugares do mundo. Alguén dixo que a liberdade non será dada, será tomada. O mesmo pasa cos nosos dereitos: non hai que pedilos, hai que tomalos e non esperar a que ninguén nolos dea. Tralos primeiros movementos sociais medianamente organizados que loitaban por esas melloras de dereitos en distintos lugares do mundo, foron creándose organizacións máis formais que deron en chamarse ONG. Algunhas delas centraron o traballo noutros países onde as necesidades da poboación eran maiores que as do seu país de orixe, nun contexto posterior ao da II Guerra Mundial e de independencia dos países colonizados en África e Asia. Casualmente, ou non tanto, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos aprobouse en 1948, na mesma época onde comezaba a "cooperación para o desenvolvemento". Nos primeiros lustros da cooperación, traballábase máis que nada en paliar as necesidades básicas da xente máis pobre das ex-colonias (sendo ademais campo de batalla dos dous grandes bloques que nese momento pugnaban no mundo, o capitalista e o comunista). É a época que se coñece como a de "levar os peixes para que coman". Nos 80 e 90 as ONGD empezaron a traballar coas persoas como suxeitos de dereitos, capaces de loitar, a través de redes de organizacións en distintos países Tratábase de asegurar algúns dos dereitos fundamentais, pero sen pretender afondar nas causas (e cun afán de influencia xeoestratéxica importante). Era unha axuda paliativa que tampouco consideraba ás persoas capaces de loitar polos seus propios dereitos (que nin coñecían). Esta situación foi cambiando ao longo dos anos 60, 70 e sobre todo xa nos 80 e 90, cando as ONGD empezaron a traballar coas persoas como suxeitos de dereitos, capaces de loitar, a través de redes de organizacións en distintos países. En Galicia, moitas destas ONGD agrúpanse hoxe na Coordinadora Galega de ONGD e xa non traballan pensando na "xente de aquí" ou na "xente de acolá". O apelido "sen fronteiras", que moitas delas levan detrás do nome, non é unha moda ou unha fachada: en realidade non se traballa "axudando a outros países". A cooperación ao desenvolvemento xa hai tempo que deixou de ser exclusivamente de ámbito internacional, aínda que os fondos públicos provistos para desenvolver esta política pública nas comunidades autónomas dependen habitualmente dos departamentos con competencias en relacións exteriores, o mesmo que no ámbito estatal. Traballamos no ámbito da educación transformadora, para promover unha cidadanía crítica e consciente das súas accións e opcións. Iso inclúe, polo tanto, combater inxustizas, apoiar colectivos excluídos e denunciar ameazas aos DDHH tamén no noso entorno máis próximo. Se non fora por estas organizacións, sería moito máis complicado visibilizar eses deterioro global dos DDHH e os efectos que algunhas prácticas realizadas nuns territorios teñen noutros Trabállase, pois, na defensa dos DDHH en todo o mundo. Uns dereitos que tamén en Galicia nos están a negar. O traballo de loita polos DDHH a nivel global implica, claro está, o traballo en rede con entidades doutros países (é habitual ter proxectos en marcha noutros países colaborando con organizacións deses países). Isto dá ás ONGD unha visión global da interrelación entre as violacións dos DDHH neste mundo globalizado. Por exemplo, como a multinacional do país X (se é que se poden considerar as multinacionais como propias dalgún país) incide coas súas políticas laborais e ambientais noutro país (ou unha determinada política pública do noso país ou, no noso caso, da Unión Europea), de xeito que se activan as redes entre ambos países para a denuncia conxunta. Se non fora por estas organizacións, sería moito máis complicado visibilizar eses deterioro global dos DDHH e os efectos que algunhas prácticas realizadas nuns territorios teñen noutros. Falamos, entón, das ONGD coma pontes entre organizacións da sociedade civil que loita polos seus dereitos, sen importar o lugar, e que se dan apoia solidariamente. Nesta loita, polo tanto, non cabe a demagoxia das persoas que consideran que hai que escoller entre recortar fondos na cooperación e pechar ambulatorios no Estado español. Hai países onde a recuperación dos DDHH perdidos (ou a loita polos que aínda nunca foran gañados), será máis custosa. Será máis custosa por partir dunha situación moito máis grave de falta de dereitos e opresión dunha gran maioría da poboación, especialmente as mulleres e a infancia. Tamén polo contexto institucional, social e económico agravado por unhas políticas impulsadas polas elites (as dos países máis empobrecidos, pero sobre todo as dos países con máis poder económico) que pretenden manter os seus privilexios a costa dos dereitos e o sufrimento da maioría das persoas que habitamos o planeta. Dende as organizacións sociais seguiremos traballando para que os dereitos sexan globais e nunca máis unha moeda de cambio Dende as organizacións sociais seguiremos traballando para que os dereitos sexan globais e nunca máis unha moeda de cambio. Denunciaremos, esixiremos e seguiremos acompañando ás persoas e aos colectivos na defensa dos nosos dereitos. Porque si creemos que hai a oportunidade e o respaldo moral para construír un mundo onde o lugar de nacemento, o sexo ou a etnia non condicione as oportunidades das persoas ter unha vida que pague a pena ser vivida. E tamén creemos que cada unha de nós podemos facer moito por acadar ese mundo.
PRAZA_16586
Os partidos con representación na institución provincial, incluído o PP, acordan por unanimidade a moción que irá a pleno a vindeira semana e que instará ao Goberno central a incorporar o inmoble ao patrimonio público en base ao informe que avala a nulidade da súa transmisión aos Franco As artimañas dos Franco para quedar co Pazo de Meirás
As artimañas dos Franco para quedar co Pazo de Meirás Todos os grupos, tamén o PP, presentaron este venres na Deputación da Coruña a moción aprobada por unanimidade e que irá ao vindeiro pleno do 23 de marzo no que a institución provincial instará o Estado a recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público. Farao baseándose no informe que a mesma entidade encargou e na que se certifica a nulidade da transimisión do inmoble á familia Franco. A Deputación trasladará o informe histórico-xurídico ao Parlamento, Xunta, Goberno de Estado, Cortes e grupos parlamentarios O texto da moción amosa a unión das vontades para a recuperación do Pazo de Meirás para patrimonio público e insta o Estado a "exercitar as accións administrativas e xudiciais oportunas para os efectos da recuperación" deste inmoble. Ademais, a Deputación trasladará á Xunta, Parlamento de Galicia, Goberno do Estado, Cortes do Estado, grupos parlamentarios e todas as instituciórns e organismos que corresponder o informe histórico-xurídico e "procurará a socialización do seu contido". Tal e como aunciaron todos os grupos hoxe, a moción será apoiada por unanimidade por todos eles, polo que votarán a favor PSdeG e BNG, membros do goberno, ademais de PP, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños (AV). Na rolda de prensa, con representantes de todos os grupos –agás AV que xustificou a súa ausencia por motivos de axenda- serviu para escenificar a unidade de que se parabenizaron en todas as intervencións. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o "gran paso que significa o acordo de todos os grupos políticos" de cara a mostrar a "conciencia xeneralizada" para a recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público. González Formoso lembrou tamén que o contido da moción segue as directrices deseñadas desde a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás e os informes histórico e xurídico encargados pola propia Deputación. "Que todas as forzas políticas naveguen na mesma dirección supón un antes e un despois que responde ao clamor social para recuperar o Pazo", di Goretti Sanmartín Para a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, a unanimidade é "un motivo de felicitación colectiva" porque, supón subir un chanzo no proceso que se iniciou cos informes que abren unha "vía factible" á recuperación do inmoble na man da familia Franco. "Que todas as forzas políticas naveguen na mesma dirección supón un antes e un despois que responde ao clamor social para recuperar o Pazo de Meirás para o dominio público", sinalou na súa intervención. O portavoz do PP, Agustín Hernández manifestou que tanto o grupo provincial como o propio partido "están a favor da recuperación de Meirás para uso público sen custos para as administracións" e defendeu que, no tema, ten que primar "o interese xeral e non o particular". Avogou tamén por coordinar esforzos coa comisión creada no Parlamento galego posto que, segundo dixo, son conscientes de que "esta é unha demanda lóxica e lexítima pero ten que levarse con prudencia e firmeza e con seguridade xurídica para acadar o seu obxectivo". O PP únese á iniciativa por ser "unha demanda lóxica e lestíma" pero advirte de levala a cabo "con seguridade xurídica" A Deputación, con esta iniciativa, colle a dianteira no impulso para recuperar este BIC, xa que o Goberno galego está aínda á espera do ditame do colectivo de expertos destinados para esa función. Pola súa banda, o portavoz de Marea Atlántica, Daniel Díaz Grandío apuntou que se está a abrir "un proceso de reparación e recuperación da memoria histórica na nosa comarca" e destacou que Meirás se conseguiu con "achegas de natureza coactiva" non só no Concello de Sada senón tamén noutros da propia comarca. Finalmente, o representante de Compostela Aberta, Manuel Dios Diz, destacou a importancia do acordo e citou tamén a demanda do Concello de Santiago de Compostela para a recuperación das dúas pezas de Mestre Mateo que están en mans da familia Franco, a Casa de Cornide na Coruña ou a finca de Bastiagueiro para lembrar "unha verdade incómoda, que o réxime franquista foi extremadamente corrupto e unha elite encabezada polo propio Franco empregou os resortes do poder para se lucrar". "Esta moción é unha mensaxe clara de que a democracia e a legalidade deben ser incompatíbles con calquera tipo e corrupción, pasada, presente ou futura", dixo. O informe encargado pola Deputación, e no que se basea toda a argumentación para a recuperación do Pazo, aclara que a súa transmisión á familia Franco fíxose a través dun contrato simulado en 1941 cando o ditador levaba utilizando o inmoble desde 1938 e para evitar queu pasase a ser parte do patrimonio do Estado. Quen xa non era lexítimo propietario do inmoble asinou nun documento que "finxiu a existencia dunha nova compravenda", tal e como se aclara nun texto que debulla as artimañas do xeneral fascista e dos seus familiares para quedar coas Torres de Meirás.
NOS_17172
Máis de 100 estradas dunha vintena de concellos
A Deputación de Lugo mantén despregado un dispositivo invernal de 96 operarios e 48 máquinas ante o temporal de neve e xeo que afecta a toda a provincia, con fortes nevadas a partir dos 600 metros de altitude e que complica a circulación en varios puntos. En concreto, o dispositivo traballa desde primeira hora de hoxe en máis de 100 estradas que discorren por 20 concellos : Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol, Taboada, A Pontenova e Mondoñedo. Nas vías destes concellos transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que chegaron a provocar espesores de entre 10 e 20 centímetros, ademais de placas de xeo. Do mesmo modo, continúan os traballos para despexar a estrada a O Piornedo, a LU-P-3505, que sufriu o pasado venres, día 1 de xaneiro, un desprendemento, e que permanece cortada. A previsión é que a estrada estea aberta á circulación para a próxima semana, a condición de que as condicións meteorolóxicas así o permitan. Ademais das vías provinciais, a neve esixe circular con precaución noutras estradas da rede nacional, como a LU-540 ao seu paso por Muras, a AG-64 e a N-634 en Vilalba, a A-8 entre Mondoñedo e Abadín e a LU-633 en Pedrafita. En todos os casos o nivel é verde, pero pídese precaución. Pola contra, continúa cortada por meteoroloxía adversa a OU-122 na aldea de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras, que é intransitábel en ambos os sentidos.
NOS_14545
Nós Diario foi informado incialmente de que eran un total de cinco os membros da expedición do Fuenlabrada que permanecen confinados nun hotel da Coruña os que deron positivos en Coronavirus, catro deles futbolistas, mais o xerente da área sanitaria da Coruña-Cee indicou que existe un positivo extra que non figuraba na listaxe
Seis persoas da expedición do Fuenlabrada que permanecen confinados nun hotel da Coruña deron positivos en Coronavirus, polo menos catro deles futbolistas. Nós Diario foi informado incialmente de que eran un total de cinco os membros da expedición do Fuenlabrada que permanecen confinados nun hotel da Coruña os que deron positivos en Coronavirus, mais o xerente da área sanitaria da Coruña-Cee indicou que existe un positivo extra que non figuraba na listaxe e investigarase a discordancia mediante un estudo serolóxico. O obxectivo é descartar falsos positivos ou negativos, pois a proba empregada ten unha fiabilidade do 65%. Tamén confirmaron que xa se está levando a cabo o rastrexo de todas as persoas que puidesen estar en contacto coas persoas positivas, seguindo o protocolo estabelecido. Ademais, confirmou que o clube Fuenlabrada facilitou onte pola noite unha listaxe de positivos confirmados, e que esas probas non foron realizadas na Galiza. Mentres que a alcaldesa da Coruña, o Deportivo e partidos como o Bloque Nacionalista Galego no Congreso piden responsabilidades, a Liga de Fútbol Profesional bota balóns fóra sinalando con retranca na súa conta de Twitter que "ante a 'avalancha de preguntas, noticias' (ironía, por se non se entende) dos medios de comunicación interesándose pola saúde dos xogadores e empregados do Fuenlabrada, indícovos que son asintomáticos, atópanse ben, con gañas de saír deste pesadelo. Grazas". Ante la "avalancha de preguntas, noticias" (ironía por si no se entiende) de los medios de comunicacion interesándose por la salud de los jugadores,y empleados del @CFuenlabradaSAD, os indico que son asintomáticos, se encuentran bien,con ganas de salir de esta pesadilla. Gracias— Javier Tebas Medrano (@Tebasjavier) July 21, 2020
NOS_57556
O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, explicou que o 26 de setembro, cadrando co paro en Euskal Herría, sería o día máis acaído de ser posíbel o chamamento conxunto. Do contrario, a resposta podería non ser "tan contundente como merece o actual contexto económico e social"
A folga xeral terá que esperar. A executiva confederal da CIG acordou nesta quinta feira adiar a data fixada, o 26 de setembro cadrando co paro convocaro en Euskal Herria, para favorecer unha convocatoria conxunta con CC.OO. e UGT, aínda que a decisión fica pendente de ser ratificada polo secretariado confederal extraordinario --organismo do que fan parte as distintas comarcas e federacións--, que se celebrará a vindeira segunda. Ao fío, o secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, explicou que a convocatoria en solitario foi valorada mais, após o masivo seguimento logrado o 19 de xullo cun chamamento conxunto, "hai moitas espectativas creadas e, de irmos en solitario, quizais a resposta non sexa tan contundente como merece o actual contexto económico e social". Con este obxectivo Seixo avanzou que a CIG seguirá a traballar con CC.OO. e UGT "para que se convenzan da necesidade da folga xeral".
NOS_27766
Salvador Sobral acaba de editar bpm o seu disco máis persoal, xa que foi integramente composto por Salvador xunto ao produtor Leo Aldrey.
A índa estou padecendo a resaca de ter visto a magnífica triloxía The Beatles, Get Back, moi ben organizada por Peter Jackson. Máis de cincuenta horas de película orixinal condensada en tres impecábeis "filmes" de case dúas horas de duración cada un. Como admiradora da banda de Liverpool, creo que estes tres capítulos de Get Back son o mellor que lle pasou á música este ano, e disculpade esta rotunda sinceridade, pero dentro destas imaxes hai tanta creatividade, emoción e maxia, que poder ver este documental, cincuenta e dous anos despois de que fora rodado, pareceume moi impactante. bmp / Salvador Sobral / Warner / 2021 / Trece pezas / 14 euros Sobra dicir que a maioría das cancións que se fixeron para este álbum seguen gozando de espléndida actualidade… Tamén hai que destacar a impecábel montaxe e asombrosa restauración das imaxes. Vaia, que se queredes quedar igual de abraiados ca min, é unha obriga que o vexades, iso si, deixádeo para os días de chuvia, que presta máis. Cambiando de póla pero seguindo con músicas que levantan o ánimo, gustaríame falarvos do recente disco dunha das voces máis recoñecidas da Galiza, a voz de Salvador Sobral. O cantante portugués acaba de editar bpm o seu disco máis persoal, xa que foi integramente composto por Salvador xunto ao produtor Leo Aldrey. Catorce temas que danzan arredor dun jazz moi íntimo cargado de sensibilidade e pingas de pop. Atopamos nove temas en portugués, dous en inglés e dous en castelán e por último un bis ("Fui ver meu amor"), man a man co pianista galego Abe Rábade que é unha auténtica delicia. Os arranxos das cancións e tamén a voz como de veludo de Salvador, fan que o disco sexa moi fácil de escoitar, incluso se non che gusta demasiado o jazz. Di o propio Salvador que o nome do disco, bpm (siglas en inglés de beat per minute, pulsacións por minuto) é unha reflexión sobre a vida e a música sempre unidas polo ritmo incansable, os latexos do corazón dannos a vida e o ritmo da música, é o que nos fai vivir. E falando de ritmo, hai quen está facendo un ritmo cada vez máis forte e certeiro, e ese é Baiuca. Na súa curta pero imparábel traxectoria está levando a música tradicional galega a lugares totalmente insospeitados, enchendo salas por todo o país e acompañándose doutros músicos que saben o que fan: as voces das magníficas Lilaina e as percusións de Xosé Lois Romero. Fun testemuña dun cheo absoluto nunha sala en Madrid e asegúrovos que todas esas persoas cantaban todos os arranxos e as letras en galego, iso enche o corazón. Para rematar, só desexarvos moita saúde para este próximo ano, que oxalá veña libre de Covid, non deixedes de acudir ás salas de concertos e partillar música.
PRAZA_16251
Os partidos non se poñen de acordo en quen presidirá a comisión, á que lle falta un membro, pero En Marea salienta que outras comezaron sen que todos os grupos designasen os seus representantes
A Mesa do Congreso dos Deputados abordou este martes o atraso de máis de catro meses na constitución da comisión de investigación do accidente de Angrois. A decisión do órgano que dirixe a actividade parlamentaria foi urxir aos grupos para designar aos membros que a integran para que poida botar a andar, a pesar de que se aprobou a finais de setembro. Os membros da Mesa que dirixe Ana Pastor abordaron o asunto a raíz dun escrito de En Marea no que solicitaba a constitución da comisión de investigación do sinistro ferroviario ocorrido en Santiago o 24 de xullo de 2013 e no que faleceron 80 persoas. Tamén as vítimas do Alvia fixeron chegar cartas a Pastor –que era ministra de Fomento no momento no que se produciu o accidente– e o resto de membros da Mesa para que desbloqueen a investigación. Un cambio de posición do PSOE permitiu que o Congreso dese luz verde a esa comisión que reclamaban as vítimas, pero a falta de acordo dos grupos para nomear un presidente atrasou a súa posta en marcha, segundo explicaron a este diario distintas fontes parlamentarias. Pastor aproveitará unha reunión informal cos portavoces dos grupos para trasladar a urxencia de activar a comisión. A Mesa do Congreso decidiu instar os grupos a que designen aos seus membros como paso previo á súa constitución. Fontes parlamentarias explican que por agora só falta que o Grupo Mixto designe a un dos dous integrantes que lle corresponden nesa comisión. Os partidos non se poñen de acordo en quen presidirá a comisión, á que lle falta un membro, pero En Marea salienta que outras comezaron sen que todos os grupos designasen os seus representantes Un dos membros é o deputado de Foro Asturias Isidro Martínez Oblanca, que renuncia a presidila. As comisións de investigación tradicionalmente pilótaas un membro dos grupos minoritarios. O Grupo Mixto ten que designar agora outro integrante. Por cota, tocáralle a Compromís, pero intercambiou o seu posto con PDeCAT ante a negativa do partido independentista a participar na comisión territorial que impulsou o PSOE para analizar o modelo autonómico. Desde En Marea cren que nos próximos días o asunto quedará resolto para que comece a investigación parlamentaria que consideran dilatouse "de forma incomprensible", segundo explica a portavoz, Alexandra Fernández, a este diario. Con todo, reprochan que a decisión sexa urxir aos grupos para designar aos seus membros e que non haxa máis "vontade política" de poñela en marcha. "A comisión sobre o modelo territorial púxose en marcha sen que todos os grupos propuxesen os seus membros", lembra sobre o órgano impulsado polo PSOE ao que plantaron Unidos Podemos e as forzas nacionalistas. "Noutras ocasións arrincaron comisións sen que todos os grupos designasen os seus membros sen que pasase nada –lamenta Fernández–. Se hai vontade política poderíase facer".
PRAZA_1251
Obtén 61 maiorías absolutas nos 93 concellos da provincia pero perde vinte mil votos. Gobernará a capital, pero entre as vilas ourensás só queda con Celanova e Xinzo. As súas dúas fichaxes, Teresa Barge (ex-BNG) e Avelino de Francisco (ex-PSdeG) gañan con claridade en A Bola e Cortegada.
Nos meses previos ás eleccións coñeceuse a noticia de que Manuel Baltar, líder do PP en Ourense e presidente da Deputación, conseguira fichar para as listas populares de Teresa Barge, alcaldesa da Bola polo BNG e que uns meses antes abandonara esta formación, e de Avelino de Francisco, alcalde de Cortegada polo PSdeG-PSOE dende o 2007. Era unha manobra máis dos populares ourensáns dentro dunha forma de facer política, moi eficaz no ámbito local, sobre todo nos pequenos concellos, e na que son verdadeiros expertos. O PP fíxose o domingo coas alcaldías de Cortegada e A Bola con amplas maiorías absolutas Quedaba por ver o éxito ou o fracaso desta aposta concreta. O PP fíxose o domingo coas alcaldías de Cortegada e A Bola con amplas maiorías absolutas. En A Bola os populares fixéronse con 6 concelleiros, por tres do BNG e un 66% dos votos. En 2011 Teresa Barge, daquela nas fileiras do Bloque, obtivera 7 dos 9 concelleiros. En Cortegada, o resultado foi o mesmo: 6 edís para o PP e 3 para o PSdeG-PSOE, obtendo os populares un 62% dos votos. En 2011 o mesmo Avelino de Fracisco, daquela encabezando a lista socialista, fixérase con 6 concelleiros, por 2 do PP e 1 do BNG. A nivel global, o dominio do PP é claro, sumando o 43,94% dos votos e superando por máis de 18 puntos ao PSdeG-PSOE (25,75%). En total o PP obtén 61 maiorías absolutas nos 93 concellos da provincia En realidade, a ampla vitoria do PP nestes pequenos concellos reproduce o comportamento da meirande parte da zona rural ourensá, onde os populares obteñen triunfos moi claros na gran maioría das localidades (por suposto, con excepcións, dende Vilar de Santos, a Manzaneda, pasando por Sandiás, Castrelo de Miño ou Amoeiro). A nivel global, o dominio do PP é claro, sumando o 43,94% dos votos e superando por máis de 18 puntos ao PSdeG-PSOE (25,75%). En total o PP obtén 61 maiorías absolutas nos 93 concellos da provincia. Os populares perden, iso si, vinte mil votos e 35 concelleiros con respecto ao 2011, mentres que os socialistas caen 11 mil votos, pero gañan dez representantes electos. O BNG, cun 9,76% dos sufraxios e 112 votos, cae tamén cinco puntos e 39 edís. A pesar de que a maioría do PP é menos clara que hai catro anos, manteñen o control da Deputación, con 14 dos 25 postos, fronte ao 8 de PSdeG-PSOE, os 2 de DO e 1 do BNG. Onde si se observa debilidade nos populares é nas vilas da provincia Onde si se observa debilidade nos populares é nas vilas da provincia, ademais de na propia capital provincial, onde gobernará, pero perdendo un edil e máis de cinco mil votos. Os socialistas manteñen as alcaldías de O Barco, O Carballiño e Ribadavia e pasarán a gobernar en Verín, onde o PP perdeu a súa maioría absoluta. Os populares tan só repetirán en Celanova. E, pola súa banda, en Xinzo o PP mantivo a maioría absoluta por tan só 22 votos
PRAZA_18575
A familia do ditador basea a súa defensa en que as figuras de Abraham e Mateo son súas polo paso do tempo. A xuíza admite o informe dun catedrático de Arte que demostra que foron adquiridas polo Concello de Santiago en 1948.
O Xulgado de Primeira Instancia número 41 de Madrid celebrará o próximo 1 de febreiro o xuízo contra a familia Franco pola titularidade das estatuas do Pórtico da Gloria, logo da denuncia presentada polo Concello de Santiago para conseguir a devolución das figuras. Asi se acordou na audiencia previa celebrada este luns na que se trataba tamén de propor probas de cara á vista oral pero na que os letrados dos familiares do ditador no presentaron ningunha. O xuízo contra a familia Franco celebrarase o vindeiro 1 de febreiro en Madrid Si o avogado do Concello, que propuxo o informe pericial no que un catedrático de Arte aclara que as estatuas foron adquiridas polo consistorio compostelán en 1948 e que foi admitido pola xuíza Nieves Medrano. Foi daquela cando a maxistrada, segundo fontes xurídicas, preguntou ao representante dos Franco se non eran esas mesmas estatuas ás que se refire o informe as que están en poder da familia. O letrado, entre dúbidas e sorprendido ante unha cuestión inesperada, asegurou que tiñan "dúbidas razoables". Porque o avogado dos demandados intentou rebater a proba asegurando que non era pertinente e, no inicio do proceso, advertira de que as figuras de Abraham e Mateo foran adquiridas por un familiar nun anticuario. Agora, no entanto, o avogado non só non propón proba ningunha, senón que basea a defensa unicamente en que as esculturas son propiedade dos Franco polo paso do tempo e a cantidade de anos que estiveron no seu poder. Os Franco non propoñen proba ningunha e centran a súa defensa en que as figuras son súas polo tempo no que as tiveron no seu poder Xa que logo, o catedrático de arte será quen sen encargue durante a celebración da vista oral de ratificar o informe que certificaría a adquisición por parte do Concello hai 70 anos. Empezará por fin o primeiro de febreiro logo da "estratexia dilatoria", como denunciara o alcalde Martiño Noriega, que mantiveron os netos do ditador, que primeiro alegaran que non podían ser os demandados porque non aceptaran aínda a herdanza de Carmen Franco, malia que xa puxeran á venda o Pazo de Meirás e outras propiedades, e que logo obviaron ante a xuíza que un dos herdeiros transmitira a unha sociedade mercantil a súa parte do Pazo de Meirás. Foi Francisco Franco Martínez-Bordiú quen anunciou hai un mes á Xunta a súa intención de vender a unha das súas empresas --a inmobiliaria Pristina-- a parte que lle corresponde do Pazo de Meirás, comunicación á que lle obriga a Lei de Patrimonio Cultural por ser o inmoble un Ben de Interese Cultural (BIC). Nesa operación de traspaso da parte da súa herdanza á súa sociedade mercantil engadiu, segundo dixo o seu letrado, a parte que lle corresponde das esculturas do Mestre Mateo, propiedade agora de seis fillos de Franco e dunha empresa con sede en Madrid, co neto do ditador como administrador único e cuxos activos ascenden a uns 18 millóns de euros. A familia do ditador alegou primeiro que aínda non herdaran e logo obviou que un dos netos vendera a súa parte das figuras a unha empresa propia Na vista previa deste pasado luns, o letrado dos Franco si achegou a documentación da ampliación do capital social da empresa que certifica o traspaso desa parte da súa herdanza á devandita sociedade mercantil. Foi o único que, polo momento, a familia do ditador ratificou con probas. Esculturas de Abraham e Isaac, o pasado mes de setembro no Pazo de Meirás / CC-BY-SA Praza Pública Tal e como manifestara a Praza.gal o letrado do Concello compostelán, Xoaquín Monteagudo, a estratexia é dilatar e atrancar un proceso no que a familia do ditador intenta agochar o feito de que "non teñen documento ningún que acredite a adquisición das esculturas". A súa estratexia limítase a defender a súa titularidade en base ao tempo que as figuras levan no seu poder. "Non teñen documento ningún que acredite a adquisición das esculturas", di o avogado do Concello A demanda municipal remontase á compra das figuras por parte do goberno local da época en 1948 por un total de 60.000 pesetas para que pasasen a formar parte "do patrimonio artístico desta cidade". A documentación achada polo Concello así o acreditaría. O consistorio mercoulle as pezas ao conde de Ximonde, Santiago Puga, nun acordo que implicaba indemnizar con 400.000 pesetas o propietario ou os seus herdeiros se deixaban de ser patrimonio público. As pezas, detalla o texto da demanda, foron situadas na escalinata principal da casa do Concello, no Pazo de Raxoi, e alí as atoparon Franco e a súa dona cando, no ano Xacobeo de 1954, visitaron a cidade o 25 de xullo para participar na ofrenda ao Apóstolo e inaugurar o antigo hospital como Parador Hostal dos Reis Católicos. Carmen Polo amosou ante o daquela alcalde compostelán, Enrique Otero, un "interese insistente" nas esculturas, "suxerindo de forma inequívoca que pasasen á súa posesión". Aínda que non existiu "formalidade ningunha" nin ningún acordo formal ao respecto, o certo é que o rexedor --no contexto da súa condición de subordinado do réxime ditatorial, evidencia a demanda-- deu en "compracer" a petición dos Franco. As históricas esculturas foron enviadas ao Pazo de Meirás e despois, á Casa Cornide da Coruña. Na súa seguinte aparición pública, na Exposición Internacional de Arte Románica celebrada en Santiago en 1961, xa apareceron como "cesións" do ditador e a súa esposa. Os demandados, pola contra, alegan no escrito presentado no xulgado que as estatuas foron adquiridas a un "particular, a través dun anticuario" e aseguran que o Concello non acreditou nunca que foran propiedade del. Ademais, negan o relato sobre o interese de Carmen Polo nas figuras por "incrible" As estatuas, sempre en propiedade dos Franco desde aquela, formaron parte dunha exposición no Pazo de Xelmírez, continuidade da que houbo no Museo do Prado entre novembro de 2016 e marzo de 2017, sobre a obra do Mestre Mateo. Ao finalizar, volveron ao Pazo de Meirás, onde permanecen ben á vista de calquera visitante que acceda á propiedade. O Concello santiagués solicita ao xulgado que condene os Franco a devolver as esculturas para quedaren expostas no Museo da Catedral. Noriega lembra que a sentenza "podería crear xurisprudencia" respecto á posible recuperación doutros ben usurpados polos Franco Segundo fontes xurídicas, a actitude dos Franco no proceso xudicial, e antes do inicio da vista oral, non é moito do agrado da xuíza, que en máis dunha ocasión amosou a súa sorpresa ante os argumentos dos seus letrados e a falta de información, o que obrigou a adiar os procedementos. Desde o Concello, o seu alcalde, Martiño Noriega, recoñece ter "ganas" de que "chegue o xuízo" e pensa que a sentenza "podería crear xurisprudencia" de cara á posible recuperación doutros bens conseguidos de maneira ilegal polos Franco. Ademais, aclarou que o consistorio conta con "toda a documentación" e probas que demostran que a familia do ditador nunca oficializaron a titularidade das figuras. Ademais, a administración local está convencida de que terá que chegar ao Supremo.
NOS_2058
Menos empresas constituídas, máis disolucións e menos recadación no Imposto de Sociedades. Estes son algúns dos dados que revelan un estancamento, cando non recesión, no tecido empresarial galego. Ademais, xa son máis as empresas que optan por marchar da Galiza que as que prefiren instalarse, cando menos estabelecendo no país a súa sede fiscal.
O dinamismo empresarial é un dos termómetros máis fiábeis de cantos empregan as persoas expertas para mediren o estado de saúde dunha economía e a súa proxección a curto e medio prazo. Neste momento, xusto dez anos despois da creba de Lehman Brothers e do comezo da crise económica máis grave do último medio século, este indicador está a rexistrar un freazo na tímida recuperación económica que principiou co abaratamento do petróleo. Hoxe, polo tanto, os dados macroeconómicos confirman que, unha década despois, a conxuntura económica do país é peor que naquela altura. É certo que as estatísticas soportan todo, mais no caso da conxuntura económica obsérvase certa sintonía entre os distintos indicadores. No referido á panorámica empresarial, os dados máis recentes, publicados nos últimos días polo Instituto Galego de Estatística, fan referencia ao mes de agosto. En concreto, o estudo, baseado no Borme (Boletín Oficial do Rexistro Mercantil), revela que o mes pasado se constituíron na Galiza 245 sociedades mercantís novas –nas súas diferentes formas, aínda que practicamente todas como sociedades de responsabilidade limitada, en concreto 237–, polas 290 do ano pasado. Son, ademais, 46 menos que as que se crearon no mes de xullo. É o cuarto peor dado desde o comezo da crise (2009, 2014 e 2015) e, realizando unha proxección anual, todo fai indicar que a cifra empeorará, por segundo ano consecutivo, o resultado final do exercicio. A comparativa co ano previo ao estoupido da crise reflicte nidiamente as dificultades do tecido empresarial para recuperar o dinamismo previo e o forte impacto que supuxo o picazo da burbulla inmobiliaria na Galiza. No ano 2008, creáranse na Galiza 5.425 sociedades mercantís, polas 4.129 do último exercicio fechado, o 2017. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 315 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_48144
O novo secretario xeral dos socialistas galegos afirma que co XIII Congreso estase a abrir "unha nova etapa" mentres Pedro Sánchez sostén que o Estado español "é plurinacional" e que Catalunya "seguirá a ser España".
O PSdeG bota o fecho ao seu XIII Congreso Nacional, unha cita na que ratificou a Gonzalo Caballero como novo secretario xeral, tal e como mandataron as primarias de comezos de mes. Quizás porque o lema do cónclave foi "Somos o cambio" esta palabra, cambio, foi omnipresente no discurso de Caballero. O líder dos socialistas asegurou que se estaba "a abrir unha nova etapa" e que "só pode haber cambio en Galiza se o lidera o PSdeG". Volveu a incidir, como xa fixo na xornada do sábado, en que o socialismo galego conforma un "exército imparábel" que debe "liderar" unha "coalición social de progreso" á que han de sumarse "outras opcións políticas detrás", así como os colectivos sociais que piden "unha alternativa" á dereita. Todo iso, cun proxecto "galego e galeguista". De por parte, Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, definiu na súa intervención o estado español como "plurinacional" ao tempo que indicaba que o PSOE "cre na diversidade territorial do noso país". Tamén tivo unha mensaxe para Catalunya, ao afirmar que o 21D "gañará a concordia entre os cataláns" e que "Catalunya seguirá a ser España". Executiva A nova executiva do PSdeG está composta por un total de 49 persoas, das que 30 ocupan áreas específicas e outras 19 asumen secretarías executivas sen departamento asignado. Após unhas negociacións que se prolongaron durante toda a noite, finalmente o portavoz parlamentario, Fernández Leiceaga, será o presidente. Na Executiva nacional haberá tres vicesecretarías. A primeira delas, a Política, é para o avogado coruñés Pablo Arangüena; mentres a de Sustentabilidade recae en Marta Freire, de Moaña, e a de Igualdade, en Icía García, de Meaño, do sector do que é Leiceaga a súa cara visible. O deputado lucense José Antonio Quiroga estará á fronte de Organización; Martín Seco, de Arteixo levará Acción Electoral; e Alberto Monedero e Dolores Villarino afrontan a nova secretaría de Militancia e a de Política Institucional, respectivamente. A área de Política Municipal recae en Iván Puentes. Bruno Díaz (Economía), Marina Ortega (Política Social), Paloma Castro (Xustiza), Concepción García (Movementos sociais), Ana Prieto (Estudos e Programas), Rafael Rodríguez Villarino (Formación) e Juan Carlos Francisco Rivera (Dereitos e Liberdades). Diego Taibo (Ordenación Territorial), Noa Díaz (Cultura), Miguel Bautista (Emigración), María José Gerpe (Pesca), Elvira Lama (Comercio), Juan Evaristo Rodríguez (Sanidade), Luis Álvarez (Educación), Iván Castro (Mocidade) e José Jaime González do Río (Medio Rural).
NOS_39464
Defensora da profesionalización, Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha rara avis dentro do sistema literario nacional, pois é dos poucos casos de escritoras e escritores galegos que vive da súa obra. Paseamos con ela polos Xardíns de Méndez Núñez, onde conversamos sobre a súa traxectoria, mais non só, tamén sobre o autoodio e a falta de conciencia de país. A creadora de Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) é un dos grandes nomes da literatura infantil e xuvenil. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 259.
Teu nome xa está á par de grandes da literatura galega como Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo, Fina Casalderrey e Paco Martín, tamén gañadores do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de España. Que representou para ti este premio? Foi un antes e un despois. Aquí hai unha materia pendente: escribimos estupendamente, hai grandísimas e grandísimos creadores, temos moito potencial e talento, pero non exportamos. É moi difícil saír de aquí, é moi difícil que unha autora ou autor saia da Galiza e saiban quen é. O Premio Nacional deume a oportunidade de acceder a un mercado no que doutro xeito probabelmente non estaría, coñecín outras autoras e autores, outros sistemas literarios... permitiume abrir camiños aos que, doutra maneira, tería tardado, no caso de chegar, moitos anos. Tiven esa sorte, que te posiciona, ademais desde o galego. Estiven o outro día en Avilés, no Festival Celsius, e a persoa que me presentou dixo "ademais es unha autora galega que reivindica, por encima de todo, o galego, e todo o mundo te coñece por ser a autora que escribe en galego, e podemos lerte". E lenme en castelán, porque len as obras traducidas, pero saben perfectamente que está esa militancia. É algo moi gratificante, valoran moito ese esforzo, e aí si que estou levando sorpresas moi agradábeis. Valórase ese feito máis fóra de Galiza que na Galiza? Por suposto. Ás veces, aquí, pregúntanme: "¿Y por qué escribes en gallego?" e eu dígolles, "se vivise en Rusia, escribiría en ruso, e se escribise en Catalunya, en catalán. Eu estou na Galiza, en que vou escribir?" e entón din, "Ah! Pois si!" e fóra dano por sentado, vés de Galiza, e escribirás en galego. Dalgún xeito, o Premio Nacional [estatal] serve tamén para poñer a literatura galega alén das fronteiras do país? Si, eu sempre o digo, temos un sistema literario de calidade, en que as autoras e autores estamos á altura de calquera. Falla a lingua, a perda de falantes nas xeracións que veñen detrás. Iso falla, pero estrepitosamente. Falla o autoodio, eu creo que hai un rexeitamento moi potente cara ao noso, e non se entende que a lingua é o principal trazo de identidade dun pobo. Non hai conciencia de país. Estamos militando na resistencia e oxalá algún día non esteamos na resistencia. Sempre se refiren aos vascos e os cataláns, e a nós, ás veces, nin sequera nos mencionan como país, e iso é doloroso. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 259, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
QUEPASA_433
Prevese tamén o peche da sucursal de Cee
Se por Zas e Baíñas a veciñanza carga contra Abanca, por Camariñas toca protestar contra o peche, previsto para o vindeiro mes, da sucursal do Banco Sabadell. Un novo recorte dos servizos no noso rural que alarma aos veciños e veciños do pobo que lle trasladaron a súa inquedanza á rexedora camariñana. Ante esta situación, e seguindo a liña da súa homóloga vimiancesa, Sandra Insua decidiu actuar "respondendo ás demandas da veciñanza", anunciando que o Concello vai retirar os seus fondos municipais da conta corrente do Sabadell. "Os atentados contra o noso rural non son exclusivos dunha entidade, como temos comprobado, e non podemos seguir tendo os cartos de todas e todos en entidades que non respectan a vontade popular", subliñou Insua.
NOS_25618
Na mañá desta terza feira arrincou a cuarta xornada do xuízo polo accidente do tren Alvia cos axentes da Policía Nacional que accederon ao lugar do sinistro como protagonistas.
O policía nacional que exerceu como secretario da instrución do accidente do Alvia ocorrido na curva de Angrois o 24 de xullo de 2013 afirmou esta terza feira que, nas primeiras declaracións tomadas nos días posteriores ao sinistro, o interventor de Renfe negou "até dúas veces" a chamada co maquinista, Francisco Garzón, instantes antes do descarrilamento. De feito, a preguntas do Ministerio Fiscal e dos avogados das partes durante a cuarta xornada do xuízo, contestou que dita chamada "non" lle "constou" por ningunha das declaracións practicadas, senón que tivo coñecemento da mesma o día 31 de xullo, unha semana despois dos feitos, a través do rexistro telefónico. O secretario do instrutor —o propio instrutor, que tamén estaba chamado a declarar no xuízo, xa faleceu— explicou que foi o rexistro o que constatou que, desde as 20.39 horas do 24 de xullo de 2013, Garzón mantivo esa chamada de 100 segundos co interventor nos "momentos previos do accidente". [VÍDEO] Garzón: "Non había ningún sinal até o comezo da curva" "Desde o primeiro momento tentamos valorar algún tipo de distracción", ratificou o axente, ao responder as preguntas do fiscal Mario Piñeiro, para defender as actuacións practicadas. A "distracción" que supuxo a chamada "determinouse ao cabo de cinco días", xa que non o dixeran nin o condutor que levara o tren até Ourense, nin o vixiante de seguridade nin o propio interventor de Renfe. "Comentáronnos que non tiveron ningún tipo de contacto co maquinista", constatou. Aliás, o interventor aseguráralles que só falara con Garzón por teléfono cando ía por Ourense. Así, o policía secretario da instrución insistiu en que "até o día 31", cando obtiveron "a información" dun dos tres móbiles que portaba, non coñeceron esa chamada. Consultas a Renfe e Adif Outra das claves da instrución foron as condicións de seguridade da vía, un feito que podería determinar a responsabilidade do outro acusado neste macroxuízo, o ex director de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte. Cortabitarte culpa o maquinista e di que a chamada ao interventor do tren foi "ilegal" Neste contexto, á marxe das gravacións realizadas ao traxecto e á curva da Grandeira, recibiuse información sobre as condicións da circulación nese treito, mais só como "un comentario", polo que a Policía pediu tanto ao Administrador de Infraestruturas como a Renfe que o acreditasen formalmente. "A comunicación que nos fan é que o maquinista debe coñecer, pola súa habilitación, o cadro de velocidades", afirmou. Nesta liña, sobre se había algunha baliza que saltase ao superarse o máximo permitido, as dúas empresas públicas comunicaron que o sistema de seguridade estabelecido era o Asfa e que había tamén o coñecido como "pedal do home morto", que os maquinistas deben pulsar de maneira continua e, se non o fan, o tren para. Algúns avogados de vítimas tamén preguntaron ao secretario da instrución sobre por que se incluíron no expediente unhas capturas de pantalla de Facebook cunha fotografía publicada polo maquinista —en datas anteriores ao accidente— sobre un velocímetro dun tren a 200 quilómetros por hora. "Nós a relevancia non a valoramos inicialmente", xustificou o policía. "Achegamos todas as circunstancias que poden influír na condución dese tren. Calquera detalle, por nimio que sexa, achegouse porque aparecían unha serie de comentarios sobre a velocidade, para que fose valorado polo órgano xudicial", engadiu. [VÍDEO] 'Frankenstein-04155', o documental do accidente do Alvia que as vítimas piden emitir na televisión pública Detención de Garzón Tamén saíron a colación durante o interrogatorio as queixas manifestadas polo propio maquinista durante a súa declaración no xuízo como acusado, o pasado 6 de outubro. Segundo criticou Francisco Garzón, cando o levaron do Hospital de Santiago ao calabozo como detido aínda tiña "tres costelas rotas" e non se podía tombar durante a noite, polo que solicitou unha cadeira que —segundo a súa versión— se lle negou. Porén, a preguntas do avogado defensor do maquinista, o policía secretario da instrución rexeitou que se forzase a súa saída do centro sanitario —"Unicamente o trasladamos cando ten a alta hospitalaria", alegou— e que aquela noite Garzón manifestase algunha queixa, porque "así constase" no expediente. O avogado do maquinista do Alvia sinistrado en Angrois acusa Renfe de "pasar do seu empregado" Aliás, activouse "un protocolo para evitar que se autolesionase", porque o detido "obviamente non estaba nas súas mellores circunstancias". A xuíza interveu para cortar o rumbo do interrogatorio, porque o trato do condutor do tren no seu paso por calabozo "non é o obxecto" do xuízo. "Se ten algún problema sobre o trato que se lle deu ao seu cliente como detido ou como investigado en sede xudicial, tiña que polo de manifesto no seu momento. Agora xa non vén a conto de nada", resolveu, de forma tallante, a maxistrada, Elena Fernández Currás.
NOS_55416
A NSA espiou á Axencia Internacional da Enerxía Atómica ou o consulado da Unión Europea, segundo desvelan documentos filtrados por Edward Snowden.
A Axencia de Seguridade Nacional (NSA) de Estados Unidos colocou micrófonos na sede de Nacións Unidas (ONU) en Nova York, segundo informou este domingo o semanario alemán 'Der Spiegel', citando unha nova rolda de documentos secretos divulgados polo ex traballador da axencia, Edward Snowden, perseguido polo goberno de Obama Nestes documentos revélase que a NSA non só tiña á ONU como obxectivo da súa espionaxe, senón concretamente á Axencia Internacional da Enerxía Atómica, o organismo de Nacións Unidas especializado na investigación do programa nuclear de varios estados, como por exemplo Irán. Os arquivos tamén indican que a NSA espiou o consulado da UE en Nova York despois de que se trasladase ás súas novas oficinas no outono de 2012. Os documentos foron copiados por Snowden dos propios ordenadores da axencia estadounidense.
NOS_26843
Xabier Cid entrou hai uns meses a formar parte do comité asesor ECFA de novas e novos científicos da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). Traballa no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e está a participar no deseño dun detector de partículas de longa vida que podería cambiar a comprensión humana da materia.
Que papel xogan as novas xeracións científicas que asesoran ao CERN? Hai varios comités científicos que asesoran ao CERN sobre aceleradores futuros en Europa. Déronse conta que na súa composición había xente moi maior con máis experiencia mais, ao mesmo tempo, que non serían partícipes do desenvolvemento dos proxectos. Normalmente as decisións tómanse a vinte anos vista polo tempo que se tarda en construír estas máquinas e había un pequeno desaxuste, eses membros xa estarían xubilados cando se construíran. Foi polo que se activou outro grupo máis novo que serían os protagonistas deses experimentos. Nesa liña entrei a formar parte polo Instituto galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Eu, aínda que xa non son tan novo pois doutoreime en 2012, entrei dentro desa categoría de investigadores que teñen camiño por diante como para poder dar unha opinión máis persoal para o desenvolvemento das nosas carreiras. Traballa nun novo detector de partículas de longa vida. Que interrogantes resolvería? A cuestión é que a gran colisión de hadróns do CERN leva funcionando dez anos e neste período non se ten visto nada e moita xente pensamos que o motivo é que non mirábamos no lugar correcto. É posíbel que haxa novos fenómenos que se estean producindo nel e os detectores actuais non os estean vendo. Para iso hai que construír detectores novos que dean con novas partículas que se chaman de longa vida. Construíndo detectores máis separados do punto de colisión, máis de 20 metros, poderían detectarse. Este tipo de partículas non están previstas no que nós chamamos "modelo estándar", que é o que mellor explica as partículas subatómicas, e todo o que non estea nel sería moi revolucionario. Por exemplo, unha das cuestións que non explica o modelo estándar é a famosa materia escura ou outras a nivel de observación do universo. Poderiamos demostra que o "modelo estándar" non é completo. Sería a "Nova Física" da que falan? Levamos con este modelo ao redor de trinta anos e todos os experimentos a nivel de aceleradores de partículas non fan máis que confirmar as predicións. Ten moitos parámetros libres que hai que axustar e incumpre ese principio que di que a natureza é sinxela. Cando falamos de nova física queremos dicir que non está prevista no modelo estándar. Que papel xogan as revistas científicas? Un papel moi importante a nivel de darlle un punto de seriedade ás publicacións aínda que o modelo é un pouco contraditorio. Tal e como funcionan o que che dan é unha revisión por pares. As publicacións están verificadas e analizadas por expertos independentes que interaccionan cos e coas propoñentes para ver se o que fixeron ten sentido ou non. Dálle un toque de independencia. Desde o punto de vista financeiro este modelo está mal. As revistas científicas cobran por publicar eses traballos e aínda por riba o equipo que os revisa non. Eu participo como revisor independente a maior parte das veces non me pagan e fágoo para mellorar o meu currículo. Hai un modelo de negocio un pouco turbio. O CERN ten asinado un acordo con revistas de maneira que todas as publicacións que facemos son abertas e gratuítas mais ao final as revistas fan negocio con iso. Se aceptaron é porque hai pagos por outro lado para manter o seu modelo. É necesario un modelo de revisión mais hai un tema de negocio por detrás que é un pouco molesto para nós como comunidade científica. Co tema das vacinas contra a Covid-19 viuse a importancia a validación dos resultados. Por exemplo agora saíu a vacina rusa que publicou nunha revista inglesa para ser aceptada.
NOS_14448
A Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei abriu as portas para homenaxear a Rosalía e conseguiu que máis de 300 persoas enchesen as dependencias na final do concurso escolar "Rosalía sempre viva".
Máis de 300 persoas déronse cita este sábado na Casa-Museo Manuel María para homenaxear a Rosalía de Castro na fase final do concurso escolar de recitado de poemas "Rosalía sempre viva". A casa na que naceu o poeta abriu ese día as súas portas para acoller o acto central da iniciativa e o auditorio quedou pequeno para crianzas e familiares que participaron da xornada. Un xurado formado, entre outras persoas, polos escritores Paco Martín e Marica Campo ou a profesora Anxa G. Refoxo valorou o recitado das composicións por parte de 74 estudantes, entre 5 e 18 anos. Na xornada lembrouse que o propio Manuel María se declaraba "un auténtico devoto" da obra de Rosalía e, nese sentido, a Fundación acolle cada ano diversas iniciativas arredor da escritora fundadora da nosa literatura contemporánea. Desta volta, a Casa de Hortas foi a sede desta primeira edición do concurso escolar para alumnado de todas as etapas do ensino non universitario "Rosalía sempre viva". De toda Galiza Até Outeiro de Rei chegaron estudantes chegados de moi distintas localidades galegas como Vilagarcía de Arousa, Moraña, Coristanco, A Coruña, Cervo, O Carballiño, Lugo ou Mesía que foron seleccionados na fase inicial que se desenvolveu nos propios centros de ensino. O premio ao mellor recitado na 1ª Categoría -dividida por idades- recaeu no grupo de 1º de Primaria do CPI de Xanceda (Mesía); o premio da 2ª Categoría foi para Irea Ferreiro López, do CEIP Virxe do Corpiño (Begonte); o premio da 3ª Categoría foi para Fátima Barros Monteagudo, do CPI Santa Lucía (Moraña); e o premio da 4ª Categoría foi para Alejandro Sánchez Cela, do IES Leiras Pulpeiro (Lugo). O CEIP de Albeiros (Lugo) foi tamén recoñecido como centro que máis alumnas e alumnos finalistas conseguiu situar na fase final do concurso.
NOS_8048
Nun comunicado, o Sindicato Labrego Galego (SLG) advirte que representantes da Consellería de Medio Rural informaron nunha reunión co sector de que a Xunta de Galiza rematará coas axudas agroambientais das que se benefician ao redor de 4.000 granxas no país, principalmente en zonas de Lugo e da montaña ourensá.
"Hai necesidades sen atender e fondos que se perden", advirte Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG a Sermos Galiza. "Xa nos pasou. E agora pode volver suceder porque a nova PAC está no ar e a Xunta non fai nada cando noutras comunidades están a preparar plans para o período transitorio". A PAC rexe para o período 2014-2020. As negociacións en Europa retomaranse en novembro. Polo de agora, non hai nin calendario nin orzamentos, temporalmente conxelados. Fronte a esa incerteza, di o SLG, "faise necesario que sexa a propia Consellaría de Medio Rural a que adiante os cartos das axudas para 2020 e 2021 de cara a garantir a súa continuidade. En Castela e León, por exemplo, crearon unha partida extraordinaria de 56 millóns de euros para facelo". Hai uns días, nunha reunión con gandeiros en Meira, conta Isabel Vilalba, responsábeis de Medio Rural advertiron que a Xunta ten a intención de rematar coas axudas agroambientais "e utilizaron o argumento de que o sector non as demanda, que non hai interese". "É radicalmente falso", protesta a sindicalista, "o interese do sector consta en acta no Consello Agrario". "Non sei se é desidia ou neglixencia, pero se no anterior período houbo partidas nas que se perderon 50 millóns de euros, as axudas están conxeladas e o remate do período está próximo, é indispensábel redactar un plan transitorio e dispoñer fondos propios". As axudas agroambientais repercuten en explotacións ecolóxicas, de razas autóctonas, de pastoreo e en granxas en zonas desfavorecidas. Son vitais para a subsistencia da produción. As granxas cobran de media entre 3.000 e 4.000 euros ao ano en axudas agroambientais. Orzamentos sen executar O malestar no sector primario co desempeño da consellería non para aí. Isabel Vilalba avanza que os datos de execución orzamentaria de 2018 publicados polo Consello de Contas informan de que do total de gasto previsto polo departamento de Jesús González quedou sen investir 22,5% do previsto. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) deixou sen executar practicamente a metade do seu orzamento. O Fondo de Orientación Agraria tamén deixou sen gastar 7% do previsto. E nas partidas de actuacións no medio rural ficou algo máis do 20% na caixa, e 23% nas destinadas a dinamización económica do rural.
NOS_19822
Máis de 600 galegos estiveron presos nesta fortaleza militar empregada como presidido polo bando franquista entre 1938 e 1945.
A fortaleza militar de Ezkaba ou San Cristóbal, en Navarra, foi utilizada entre 1938 e 1945 como un penal polo que pasaron miles de presos políticos, entre eles máis de 600 galegos, a maioría con condenas perpetuas. Era considerado un dos penais máis duros do réxime de Franco en el perderon a vida 96 galegos: fusilados, por torturas e malos tratos, por aplicación da 'Lei de Fugas' ou por fame. En maio de 1938 produciuse nesa fortaleza unha gran fuga de presos, con 2.500 encarcerados saíndo da fortaleza no inicio dunha fuxida que foi abortada polo aviso dun soldado franquista: só tres das persoas fugadas foron quen de chegar a Francia e 207 morreron, entre elas 55 galegos. Un dos líderes desa fuga era galego, Antón Valadares. En marzo de 2018 o goberno de Nafarroa organizou un encontro para conmemorar o 80 aniversario da fuga a Xunta renunciou a participar nel, no que si estiveron otras 13 comunidades autónomas. A responsábel de Cultura do grupo parlamentar socialista, Concepción Burgo, acusou o goberno galego de se negar a colaborar co Proxecto Ezkaba, iniciado polo Goberno de Navarra para recuperar e identificar as vítimas do penal. Burgo lamentou a falla de compromiso do PP e do Goberno galego cos familiares dos galegos represaliados ao rexeitar esta iniciativa que tan só pedía "dirixirse ao Goberno de Navarra e ofrecerlle toda a colaboración necesaria para desenvolver o Proxecto Ezkaba, especialmente para localizar os familiares dos presos galegos". O goberno galego podía axudar localizando as familias dos falecidos e recabando o ADN que permita identificalos. A responsable socialista criticou que a Xunta "non queira nin sequera levantar o teléfono para chamar a Navarra e ofrecer axuda". Advertiu que "Galiza non pode estar aparte" desta iniciativa para "honrar á memoria de moitos galegos e galegas", unha iniciativa que quere entre outras cousas "identificar a tódolos presos de San Cristóbal, unha labor na que o goberno galego pode axudar localizando ás súas familias e recabando o ADN que permita identificar aos falecidos". No equipo de traballo que estuda o Forte Ezkaba están integrados entre outros os concellos de Santiago e Pontevedra ou un grupo de investigación das universidades galegas.
PRAZA_20521
O Goberno galego vén de sacar a concurso a xestión privada do complexo, con capacidade para 620 peregrinos que pagarían entre 10 e 15 euros por noite
O macroalbergue de peregrinos que a Xunta de Manuel Fraga construíu a principios dos anos 90 no Monte do Gozo, que nos últimos anos caera nun notable abandono, vén de ser licitado polo Goberno galego para que unha empresa privada o repare e xestione e, a cambio dos beneficios que obteña, lle entregue un canon anual. Segundo os pregos de condicións, ese canon deberá ser de polo menos 85.000 euros ao ano, cifra que pode ser incrementada nas ofertas que reciba, pero a propia Xunta fai unha estimación de beneficios anuais do complexo que oscilan entre os 350.000 euros previstos para 2019 e os 800.000 euros para 2027, período que inclúe dous anos xacobeos, en 2021 e 2027. O Goberno galego vén de sacar a concurso a xestión privada do complexo, con capacidade para 620 peregrinos que pagarían entre 10 e 15 euros por noite O Goberno galego xa iniciou varias actuacións de recuperación da deteriorada contorna exterior do complexo, con melloras paisaxísticas e a construción de dúas piscinas que supoñan un atractivo para os potenciais usuarios do recinto, actuacións nas que prevé investir un total de 1,2 millóns de euros. Pero a reforma interior dos edificios, que suporá outro tanto, correrá por conta da empresa que tamén os xestione durante a próxima década. O concurso agora convocado pola Xunta inclúe a mellora e xestión posterior de 18 dos pavillóns do complexo, con capacidade para 620 persoas repartidas en 248 habitacións, ademais dos servizos de cafetería, autoservizo, sete espazos comerciais e as dúas piscinas agora construídas pola Xunta. A empresa que resulte adxudicataria deberá investir na remodelación un total de 1,2 millóns de euros, dos que 660.000 se corresponden ás obras e outros 540.000 á renovación do mobiliario e instalacións interiores. O complexo reformado deberá entrar en servizo a máis tardar o 1 de xullo do próximo ano. Porén, a Xunta non comezará a cobrar o seu canon anual ata comezos de 2021, cun período inicial sen pagamentos por parte da empresa para axudala a recuperar o seu investimento. A Xunta prevé que no complexo se aloxen 96.000 persoas en todo o ano 2019, o primeiro íntegro en funcionamento, e incrementos posteriores como as 120.000 estimadas para o xacobeo de 2021 Co complexo en funcionamento, as contas da Xunta contemplan que a empresa comercialice os aloxamentos a prezos que oscilan entre os 15 euros por persoa en habitación dobre con aseo e os 10 euros por persoa en habitación tripla sen aseo, e o seu uso non estará limitado só aos peregrinos durante unha noite senón que poderá utilizalos calquera turista ou mesmo viaxes escolares e do Imserso durante varios días. As estimacións que baralla o Goberno galego son dun total de 96.000 aloxamentos en todo o ano 2019, o primeiro exercicio íntegro en funcionamento, e con incrementos posteriores como os 120.000 estimados para o ano xacobeo de 2021. A estas cifras hai que engadir outros ingresos, como o gasto medio en restauración de 6,25 euros por persoa e día que fai a Xunta para o primeiro ano en funcionamento. Con estas e outras cifras, a Xunta estima uns ingresos totais da adxudicataria de 1,9 millóns de euros en 2019, ou de 2,5 millóns en 2021. Estimación de ingresos e gastos previstos pola Xunta para a concesionaria do complexo do Monte do Gozo Mesmo no escenario menos optimista dos previstos pola Xunta, a concesionaria obtería en 2019, o primeiro ano íntegro en funcionamento, un beneficio neto de 130.000 euros Canto aos gastos, que a Xunta estima nun total aproximado duns 1,5 millóns de euros anuais, ademais do investimento inicial na remodelación do complexo a concesionaria deberá dispor dun mínimo de 24 traballadores. Con estas e outras cifras, o estudo de viabilidade, que a Xunta encargou á consultora Estudio Técnico Gallego SA, contempla, unha vez amortizado o investimento inicial na remodelación, un beneficio neto de explotación tras impostos de 350.000 euros para 2019, o primeiro ano íntegro e funcionamento, ou de 800.000 euros para 2027, ano xacobeo e tamén o último da concesión. Se a concesión se prorroga por outros cinco anos máis, posibilidade que contempla a Xunta no actual prego, os beneficios seguirían a incrementarse. Os cálculos da Xunta tamén contemplan escenarios menos optimistas, pero incluso cun incremento dos gastos do 10% e unha redución de beneficios de outro 10%, a concesionaria obtería uns beneficios netos de 130.000 euros en 2019 e de 460.000 euros en 2027. En calquera dos escenarios, a Xunta só aspira a recibir como canon anual un mínimo de 85.000 euros entre 2021 e 2027.
PRAZA_17807
Os axentes medioambientais, en folga dende o 1 de agosto, coidan que a Xunta pretende "desmantelar" a medio prazo este servizo público e coida que as negociacións non están atrancadas por un problema económico: "Vemos inxentes cantidades de diñeiro en drons, cámaras ou para o Exército"
Os axentes medioambientais e forestais da Xunta están en folga dende o pasado día 1, pero con dificultades para facer ver a súa reivindicación. O Goberno galego impuxo á parte deste persoal que depende da Consellería de Medio Rural uns servizos mínimos do 100% e, para os que dependen de Medio Ambiente, un 20% que a xuízo dos propios traballadores non garante a súa seguridade no servizo. Diante do que consideran uns servizos mínimos "desiguais e abusivos", que o Tribunal Superior de Xustiza vén de rexeitar modificar, este corpo segue a tentar facer ver as súas reivindicacións, tanto as máis inmediatas como as de fondo que, din, pasan por reforzar o servizo público en eidos tan sensibles do seu traballo como a vixilancia e dirección da extinción de incendios, especialmente proclive ao "negocio" privado. Segundo o comité de folga, conformado pola CIG e UGT, a mobilización segue adiante malia aos atrancos porque, din, non concordan co acordo laboral que a Xunta "pretende" impoñer. Tras a vaga de incendios de outubro de 2017, lembran, a Administración amosou disposición a "abrir a negociación para a mellora das condicións de traballo que levaba sendo reclamada dende 2008". No entanto, a proposta non os convence: "segue mantendo un gran exceso horario, 17.000 horas anuais", estipula gardas de doce horas durante o verán, aumenta a xornada nocturna no inverno e "non garante" que osa xentes poidan descansar 48 horas seguidas. Falta tamén, ademais, unha proposta en mateira de segunda actividade e redución da idade de xubilación. Os servizos mínimos instaurados por Medio Rural e Medio Ambiente, avalados polo TSXG, dificultan a visibilidade da folga Mentres o Goberno galego asegura ter unha postura negociadora, o comité de folga coida que, no fondo, "obvia ou menospreza o traballo na xestión forestal", así como a "vixilancia preventiva e a educación ambiental na loita contra os incendios" e mais a investigación do propio lume, "eliminando de todo as brigadas de investigación". Esta circunstancia, unida a que as subas salariais estarían "vinculadas unicamente á extinción de incendios", lévanos á concluír que o Executivo camiña cara ao "desmantelamento efectivo deste servizo público de defensa e protección do patrimonio natural", no canto de "igualar funcións e tarefas de axentes cara ao mantemento do servizo" e "retribuír as especificidades do traballo en todas as súas vertentes". Os axentes coidan que o problema non é económico: "Vemos inxentes cantidades de diñeiro en drons, cámaras ou para o Exército", din O problema, coidan os sindicatos, no é económico. "Vemos inxentes cantidades de diñeiro en drons, en cámaras, en material da Axencia Galega de Emerxencias, no Exército", de aí que "sorprenda" que "non se acepten as reivindicacións a prol da mellora" deste servizo público, encargado entre outros aspectos da "dirección técnica da extinción" dos incendios. "Canto máis atomizado" estea o dispositivo e "máis empresas dependan do lume, máis problemas para desmontar a vinculación entre negocio e incendios", advirten. "Só queremos -conclúen- dignidade profesional". A estas reivindicacións uníase este xoves o PSdeG a través do seu deputado Juan Díaz Villoslada, que tras reunirse cunha delegación dos axentes censurou a "grave irresponsabilidade" que, ao seu xuízo, supón que a Xunta manteña "completamente atrancadas as negociacións en pleno período de alto risco de incendios". Silencio en torno aos incendios no verán de 2018 Nas últimas semanas producíronse incendios en concellos como Sober, Monforte, Fisterra, Oia ou Punxín que foron revelados polos axentes, pero dos que a Xunta non informou De incendios, precisamente, é do que tamén reprochan os axentes que non fale a Xunta no que vai de verán. Non en van, resaltan, as canles oficiais coas que o Goberno galego informa sobre o impacto do lume nos montes do país levan caladas dende o inicio do devandito período de alto risco, o 1 de xullo. Esa é a data, por exemplo, na que a conta oficial do 085 emitiu a súa última mensaxe pública, cando menos ata este 9 de agosto. Se ben é certo que o impacto do lume este verán non semella estar sendo tan elevado como noutros, non o é menos que os propios axentes desvelaron nos últimos días que se produciron incendios en concellos como Sober, Monforte, Fisterra, Oia ou Punxín dos que Medio Rural non informou. Información de incendios na web de Medio Rural no verán de 2006 e un dos partes diarios que difundía a Consellería na etapa do bipartito O Goberno galego mantén así por décimo verán consecutivo a política informativa instaurada dende o retorno do PP ao poder, baseada en non divulgar a totalidade de todos os focos e revelar, a priori, só aqueles que supere as 20 hectáreas ou que poñan en perigo á poboación. En caso contrario, a Consellería responsable só informa dun incendio se alguén pregunta especificamente por el en concreto. Este modelo informativo contrasta co mantido durante a etapa do Goberno de coalición de PSdeG e BNG, cando o departamento daquela dirixido por Alfredo Suárez Canal ofrecía dúas veces ao día -ás 13:00 e ás 19:00- un parte completo con todos os incendios, ademais de datos acumulados por mes e ano e a súa evolución temporal.
NOS_25703
A portavoz nacional do BNG incide en "ler ben o que demanda a sociedade" para poder así "disputarlle a hexemonía ao PP".
"Alargar a base social" do BNG para facer desta organización a forza que lle "dispute ao PP" a hexemonía na Galiza e que abra a porta a que das eleccións de 2024 saia un Goberno nacionalista. Así marcaba a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o camiño que entende que o Bloque debe percorrer. Nunha entrevista na Cadea Ser, Pontón incidía na mensaxe que leva transmitindo desde hai meses: "Temos que ler ben o que pasa na sociedade, cales son as súas demandas", consciente de que o BNG, dixo, "é a alternativa para as maioría deste país". "Estou convencida de que imos rachar o mito de que Feixóo é imbatíbel", sinalou, á vez que declaraba que "temos a responsabilidade acertar" para desaloxar o PP da Xunta. Neste sentido, situou a "defensa dos galegos e galegas" como a razón de ser" do BNG, unha formación que "non copia a ninguén". "Unha das tarefas que temos por diante é convertir ese sentimento de país, traducilo en termos electorais en maior apoio ó BNG", indicou. A portavoz nacionalista cargou con dureza contra Núñez Feixoo, a quen responsabiliza de ser un rpesidente que pensa Galiza "en pequeno" e subordinada, unha política que, apunta, eiva o país e estraga as súas potencialidades. Ana Pontón lamenta o nulo espírito de diálogo do PP de Feixoo que rexeitou todas as propostas do BNG no debate sobre o Estado a Nación. Actitude moi distinta, di, a do Goberno español que rectifica e mellora os orzamentos para Galiza por mor, apuntou, da presión do nacionalismo.
NOS_12630
Mercedes Álvarez (Aldeaseñor, Soria, 1966) emerxeu nas pantallas cinematográficas co filme O ceo xira (2004). Este filme deitaba unha ollada demorada, austera, sobre a desaparición do mundo rural e facíao con centro na súa aldea natal. Durante tres días de decembro -do 15 ao 17-, Álvarez ofrecerá un obradoiro na Casa dos Muros, en Paderne, en Ferreira de Pantón.
"Este obradoiro trata de explorar o alcance e a complexidade da imaxe documental no seu diálogo e tensión co real", indican desde a organización do encontro, agrupada baixo o nome de A Plantación e coordinada por Elisa Pereira. Mercedes Álvarez, que traballara como montadora no importante documentario En construción (2001, José Luis Guerín), rodou despois de O ceo xira apenas o filme Mercado de futuros (2011) e o "poema cinematográfico" Cinco elementos para calquera universo (2012). "Trataremos o cinema do real", engaden sobre unha proposta titulada Ver para filmar / Filmar para ver, "como unha dialéctica constante entre as tres fases fundamentais da súa creación: aquilo que se mira para ser filmado, o intre único de filmar e a ollada sobre o filmado". Mercedes Álvarez é unha das máis conspicuas representantes do novo documental do Estado español que emerxeu a inicios deste século. Os encontros da Plantación en Ferreira de Pantón teñen límite de prazas e a admisión é por orde de inscrición. O obradoiro de Álvarez, pensión completa incluída, custa 290 euros. "A Plantación é un proxecto interactivo onde se cultiva e se comparte arredor de diferentes artes", autodefínense na páxina web. Este ano e o pasado, a Casa dos Muros acolleu cineastas da envergadura do galego Oliver Laxe (París, 1982), o vasco Víctor Erice (Karranza, Bizkaia, 1940) ou o portugués Pedro Costa (Lisboa, 1959).
PRAZA_19085
Achegámonos ao Castro Candaz, en Chantada, emerxido das augas por mor do baixo nivel do encoro de Belesar. Un espectáculo para os sentidos. A baixada das augas de Belesar volve deixar á vista o lendario Castro Candaz de Chantada
A baixada das augas de Belesar volve deixar á vista o lendario Castro Candaz de Chantada Castro Candaz é un espectaculo para os sentidos. O descenso ata o propio emprazamento está cheo de socalcos de vide, algúns producindo outros, din os letreiros, restaurados e outros abandonados. Na baixada, ao deixar atrás a aldea, comenzan a verse os que quedaron anegados polo encoro. Estruturas que contan cousas dun tempo pasado. Nun hórreo de pedra lese, escrito en spray "castro". O descenso final ao castro é agreste. O soterramento baixo a auga deulle á pedra un ton diferente, con máis aspecto de ruina azteca que de castro galego. O descubrimento provocou que moitas persoas se achegasen a contemplar esta particular península. Un can deixa un rastro de zigzag na auga A subida de volta faise de vagar pola rotundidade da costa. Faise de noite. Poucas casas quedan habitadas. Entre xestas vese un lavadoiro abandonado. Unhas mulleres limpan un tanque de leite. Rufo, un pastor de palleiro mira á cámara con curiosidade. Elas din que a fin de semana foi un trafego continuo de xente pero que non é a vez que máis baixo estivo o encoro.
NOS_41160
A VI Xornada de Onomástica profunda nos nomes dos lugares do Camiño de Santiago e pula por situar Galiza como "centro dos estudos toponímicos" en Europa.
O Cebreiro, Triacastela, Montán, Fontearcuda, Furelos, Melide, Lavacolla... Unha vez máis o Camiño de Santiago marca o percorrido a seguir e, desta volta, serán os nomes dos lugares "do primeiro Itinerario Cultural Europeo" os protagonistas da VI Xornada de Onomástica Galega. Un encontro que incidirá, da man de especialistas de distintas disciplinas, no estudo dos nomes de lugares que atravesan as diferentes rutas que fan o Camiño. A evolución dos nomes de Gallecia e Spania ao longo da Idade Media e os nomes literarios no Códice Calixtino, a presenza da onomástica de Santiago alén da Galiza ou a aplicación didáctica da toponimia son algúns dos aspectos que se abordarán. Anselmo López Carreira, profesor da UNED, e Pilar Cagiao e José María Anguita Jaén, da Universidade de Santiago de Compostela (USC); e as docentes de secundaria Sandra Beis Silva, María Carmen Liñares e Xano Cebreiro participarán no encontro cos relatorios incluídos no programa, coordinado polas académicas Ana Boullón e Luz Méndez. Galiza como "centro dos estudos toponímicos" Para alén do máis, a xornada contará cunha mesa redonda final na que se tratarán, desde distintas perspectivas, os estudos toponímicos do Camiño e a posibilidade de que Galiza se constitúa como centro dos estudos toponímicos en Europa. Esta mesa contará coa participación do académico correspondente Gonzalo Navaza, o membro da Academia Xacobea Eduardo López Pereira, a antropóloga do Centro Superior de Investigacións Científcas (CSIC) Cristina Sánchez Carretero e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. A VI Xornada de Onomástica Galega, coorganizada pola Real Academia Galega (RAG) e a Deputación de Pontevedra, desenvolverase o vindeiro sábado 16 de outubro no Museo de Pontevedra. As persoas interesadas en participar presencialmente poden inscribirse no encontro até o próximo 14 de outubro. Ademais, as sesións emitiranse en directo a través de academia.gal. A RAG e a Deputación de Pontevedra coorganizan desde 2016 as xornadas anuais do Seminario de Onomástica da Academia. A entidade provincial apoia ademais a publicación dos traballos presentados nestes encontros, dedicados nas edicións anteriores á microtoponima, os nomes e apelidos, os alcumes, os nomes das rúas e os nomes comerciais.
PRAZA_4561
O 52% dos visitantes estranxeiros en viaxe de lecer achegáronse a Galicia por motivos culturais. Mentres, pouco máis do 10% dos turistas españois tiveron esta motivación.
Entre os múltiples agravios denunciados polos grupúsculos autodenominados bilingües figura, nun lugar destacado, a rotulación de espazos públicos, moi especialmente aqueles visitados por turistas, caso por exemplo de museos ou monumentos. A colocación de letreiros só en galego ou, por exemplo, en galego e inglés, adoita desatar a ira deste tipo de organizacións, xeralmente porque, ao seu xuízo, que o castelán non sexa preeminente na sinalización dificulta a estancia do turismo español que se achega a eses espazos. No entanto, os últimos datos a respecto dos motivos que traen o turismo a Galicia permitiría, cando menos, realizar unha reflexión sobre ese tipo de polémicas. O Consello da Cultura Galega vén de presentar un estudo sobre o turismo cultural en Galicia no que un dato destaca sobre os demais: o turismo estranxeiro que visita o país por motivos culturais cuadriplica o español. A institución apóiase na información de tres enquisas: FAMILITUR, que mide os movementos turísticos dos españois, FRONTUR, sobre movementos turísticos nas fronteiras e EGATUR, centrada no gasto do turismo. Tras peneirar estes datos conclúe que durante 2012 chegaron a territorio galego unhas 953.000 persoas "atraídas pola cultura". Delas, 491.500 chegaron doutros puntos do Estado e 467.800, do resto do mundo. "Esta cifra significa que para o 52% dos turistas estranxeiros e o 12% dos españois a cultura foi un dos motivos principais polos que se achegaron aquí". Máis da metade do turismo estranxeiro chega a territorio galego atraído pola cultura Ao turista estranxeiro interésalle maioritariamente a cultura galega e, ademais, gasta máis que na media do Estado. Estes visitantes deixan en Galicia unha media de 1.262 euros, 192 máis que no conxunto do territorio estatal. Isto, destaca o CCG, "supón o 77,7% do gasto total en viaxes" que realizan ao longo do ano". Isto fai que Galicia sexa a sétima comunidade en gasto cultural dos turistas estranxeiros, se ben é "significativa" a diferenza coas seis primeiras, Catalunya, Andalucía, Baleares, Madrid, Canarias e Valencia. Galicia é a sexta autonomía que recibe máis visitantes españois por motivos culturais No que atinxe ao turismo español, Galicia é a sexta autonomía que recibe máis visitantes por motivos culturais, por tras de Andalucía, Castilla y León, Catalunya, Madrid e Castilla-La Mancha. No referido ao gasto o país ocupa a quinta posición, cun gasto por viaxe que chegou aos 301 euros en 2012. Isto supón unha caída importante a respecto do ano 2010, o último Xacobeo, cando o gasto dos turistas culturais que se achegaron a Galicia só estivo por tras dos que elixiron Andalucía e Catalunya. E, como nos comportamos as galegas e os galegos? Case o 13% das viaxes que realizamos por "ocio, recreo ou vacacións" tivo en 2012 a cultura entre os seus motivos, o que supón a peor cifra dos últimos seis anos e está lonxe do mellor ano neste ámbito, o 2008, cando case a quinta parte dos desprazamentos vacacionais foron tamén culturais. Esta baixada das viaxes implica tamén unha mingua no gasto, de xeito que o 29,5% dos cartos destinados a viaxes de lecer foron investidos en cultura, uns 382 euros por viaxe. Consulta o estudo íntegro
PRAZA_4980
A reforma da lei de propiedade intelectual prevé impoñer o pagamento por ligar contidos en internet e equipara a medios sociais con grandes empresas, cuxos propietarios poderán recibir compensacións polas ligazóns aos seus contidos.
O Goberno vén de facer gala, unha vez máis, do seu analfabetismo dixital. De todas as medidas posibles, decidiu asegurar beneficios a un modelo de negocio obsoleto e multar á cidadanía. Se antes se propuxo limitar a mobilización dixital coa Lei de Seguridade Cidadá, agora pretende restrinxir o debate público na rede. É revelador, cando menos, que entre os contidos susceptíbeis de ser multados se contemplen os de "creación de opinión pública". Conciben como delito debater unhas informacións, remitíndose á súa lectura. Temos, aínda por riba, que compensar, non só o seu autor senon a unha sociedade de xestión de máis que dubidosa representatividade. O texto oficial da reforma da Lei de Propiedade Intelectual destaca que os contidos que teñan unha finalidade "informativa, de creación de opinión pública ou de entretemento" non requiren autorización, pero os editores poden percibir unha compensación equitativa. É o que supón a aplicación do contido desta medida que, nun alarde de transparencia, o Goberno decidiu non facer público hasta unhas semanas despois de ser presentada en rolda de prensa. Esta lexislación permite ligar a contidos protexidos sen necesidade de autorización previa pero, iso sí, os responsábeis poderán facerte pasar por caixa requirindo unha compensación polos dereitos de propiedade intelectual. os contidos que teñan unha finalidade "informativa, de creación de opinión pública ou de entretemento" non requiren autorización, pero os editores poden percibir unha compensación equitativa A maioría dos diarios dixitais xa se amosaron contrarios a esta reforma. Segundo a lei, este dereito a cobrar será irrenunciábel e farase efectivo a través de entidades de xestión como VEGAP, para imaxes, e CEDRO, unha entidad similar á SGAE, dedicada á administración dos dereitos de autor e de propiedade intelectual de obras textuais protexidas, entre os que se atopa AEDE (Asociación de Editores de Diarios Españoles). Estas entidades serán as máis beneficiadas, xa que aínda que os medios autoricen a terceiros a enlazar os seus contenidos sen compensación económica, CEDRO cobrará por eles. É por tanto unha medida que limita a liberdade dos medios para compartir os seus contenidos con agregadores de enlaces que, até o momento, revertía en milleiros de visitas ás que nin os membros de AEDE renunciarían. Esta reforma traerá consigo a posíbel desaparición de servizos en internet útiles para os medios e os lectores, non se limita só a Google. A pesar de que a empresa norteamericana aínda non fixo declaracións ao respecto, a directora xurídica de Google España, María González, xa se encargou de aclarar nunha entrevista que "é un tema voluntario. Se non queres estar en Google News, non tes por que estar, nunca imos indexar noticias que o editor non queira". Menéame xa se posicionou a través dun comunicado. Afirman que "calquera taxa que non sexa simbólica porá en peligro a nosa supervivencia, polo que non nos quedará máis remedio que tomar medidas como bloquear os enlaces a periódicos locales, marchar de España ou pechar. Con calquera desas opcións, ninguna empresa nin fiscalidade española salirá beneficiada. Tampouco a cultura, nin a información e o debate público, nin a liberdade de expresión, nin o tan recorrido sostén da democracia". Destacaron que se os agregadores toman medidas como bloquear todos os medios españois, "os máis prexudicados serán os pequenos e os novos medios dixitais que non esean dacordo coa proposta e que prefiran continuar sendo enlazados". Por traducilo en datos: cada visita única dende Menéame xera para o sitio enlazado uns ingresos que son case vinte veces superiores aos que xera ao propio portal de enlaces. Chamarlle taxa Google confunde; deberíamos chamarlle, por exemplo, taxa Menéame ou taxa Chuza Polo tanto, chamarlle Taxa Google confunde: deberíamos chamarlle, por exemplo, Taxa Menéame ou, en Galicia, Taxa Chuza! aínda que inclúe moitos máis. Que pasará con Twitter ou Facebook? Gran parte da súa actividad é a compartición de enlaces, aínda que a maioría dos medios non os incluísen como posíbeis perxudicados da lei. As medidas previstas van afectar moitísimo máis a quen non conciben internet como negocio, senon como foro social. As diferenzas entre Google e outros agregadores Tomemos, como exemplo, a comparación entre Google e Menéame ou agregadores semellantes. A primeira é unha corporación privada. Menéame, un agregador de noticias que, pese a ter récord de visitas e de páxinas vistas, apenas conta con ingresos e tivo 10.000 euros de perdas o pasado ano. A primeira pode pagar o que sexa (nin o vai notar), ao segundo grupo de actores pode afundilos. - Google ofrece noticias doutros medios, para inserirlles publicidade propia e, de paso, promocionarlle a súa marca e o resto de produtos e servizos que ofrece baixo o mesmo paraugas. Menéame só saca e ofrece beneficios intanxibles, inmateriais, dos que ninguén se pode apropiar: que a comunidade reconoñeza o teu karma, é dicir o teu bo traballo, que o valore dándoche máis protagonismo e máis peso ás tuas valoracións. - Google prioriza o máis lido: dá máis visibilidade ao que xa recibiu; non comenta, non completa, non pon en relación novas e temáticas, moito menos estas informacións coas comunidades ás que lles afectan ou interesan. Tŕatase do mesmo xeito á Coca Cola e a unha ONG, non se distingue entre economía privada e social En definitiva, trátase do mesmo xeito a Coca Cola que a unha ONG. Non se distingue entre economía privada e social, porque se quere que Internet sexa como un centro comercial con todos nós distribuidos por plantas e comercios segundo os nosos perfiles dixitais: hábitos de consumo. Como contraste, e sen defendela, está a solución francesa. En absoluto contempla a posibilidade de seguir pagando una taxa ou canon a empresas con modelos de negocio en vías de extinción, senon que obriga a Google, grazas a un acordo firmado en 2013, a poñer un fondo de 60 millóns de euros para a reconversión ao mundo dixital, fomentar a innovación ou explorar novos modelos de negocio na web. Non se pode seguir obviando que a prensa precisa unha refundación e reconversión a fondo, un cambio de planteamentos e un reaxuste drástico do modelo de negocio. Xa está ben de poñer parches a algo que perde auga por todas partes. Esta medida enmárcase dentro da presión que o Goberno está exercendo sobre empresas xornalísticas en bancarrota e en crise de lexitimidade Esta medida enmárcase dentro da presión que o Goberno está exercendo sobre empresas xornalísticas en bancarrota e en crise de lexitimidade. Recentemente tivo lugar o cese de Pedro J. en El Mundo ou o "informe Caño" en El País. Contólanse os créditos bancarios e asegúranse así as liñass editoriais, máxime estando tan cerca das eleccións europeas e a un ano das municipais e xerais en España: entrará en vigor xusto dentro de 12 meses, casualmente antes destas citas electorais. Parece, por tanto, un intento de gañar o beneplácito dos medios en ambas campañas, creando unha lei a medida para supostamente garantirlles certos ingresos polo seu enlace online. No entanto, isto esconde tamén que a crise do sector mediático se debe ao seu desfasado e ruinoso modelo nos grandes periódicos. En resumo, estamos ante unha lei que amordaza os medios sociais na rede, inviste recursos a fondo perdido nun modelo de negocio ruinoso, asegura o bozal aos medios convencionais en tempos electorais e aínda que está pasando inadvertido, contempla tamén unha taxa ao coñecemento, un canon ás universidades, que daría para outra reflexión… Referencia do Consello de Ministros sobre o proxecto
NOS_27421
Despois do chamamento de 130 entidades, enchéronse as rúas de Compostela para reclamar un novo modelo eólico, pensado para a sociedade e non para os lobbies.
Milleiros de persoas de 130 colectivos e tamén a título individual, saíron ás 12 da mañá da Alameda de Compostela internándose en dirección á praza do Obradoiro para reclamar "Eólicos, así non", e pedir que se repense o modelo de aproveitamento do vento que quere chegar a 15.000 MW de potencia instalada na Galiza. Isto suporía un incremento de 10.000 MW da capacidade de produción actual, coa que se exporta un de cada tres MW a pesar de que a Galiza sostén a factura de luz máis alta do Estado, sen ter en conta o incremento de até un 36% na factura eléctrica polas novas tarifas de discriminación horaria que o Estado fixo efectivas o 1 de xuño. Ao final de marcha cara a praza do Obradoiro, coincidindo co día mundial do medio ambiente, varias das entidades que convocaron a mobilización leron de maneira conxunta o manifesto baixo o que se convocou a marcha. Nel, exíxese en primeiro termo a "moratoria das instalacións en tramitación", tanto se son competencia da Xunta da Galiza como do Estado. Nesta liña defenden a necesidade de desenvolver un novo "Plano Sectorial Eólico sometido a avaliación ambiental estratéxica", que implique a "protección dos servizos ecosistémicos" que sosteñen a biodiversidade e a xeodiversidade. Na práctica, apuntan que o que piden é que se leven a prácticas as leis medioambientais, derogando normas lesivas como a "Lei de depredación" e impulsando medidas pensadas para o beneficio da sociedade e non do lobby eólico, como exemplo indican que a lexislación actual permite muíños eólicos de 200 metros de alto a 500 metros do centro dunha vivenda, polo que inciden en cambiar as prioridades. Ao tempo, salientan que non se pode permitir que "as grandes industrias contaminantes aproveiten a ocasión do negocio eólico para facer o seu lavado verde" a costa do territorio galego, a "transición ten que ser ordenada, xusta e ao servizo do país". Asemade, lembran que só o 11,55 da superficie galega está protexida, polo que solicitan que se cumpra co mandato da Unión Europea para ampliala, poñendo data de caducidade aos parques eólicos e outorgando ás persoas que posúan terras afectadas "capacidade de negociación coas promotoras dos parques", eliminando o dereito da expropiación directa.
NOS_13003
Recunca por cuarta vez, como Manuel Fraga, e na noite electoral avanzou a chave desta nova maioría: "Non fallou ninguén".
"Grazas, grazas, grazas". O inicio da intervención de Núñez Feixoo na noite electoral xa permitía albiscar o sentido do seu discurso de agradecemento da cuarta maioría absoluta, igualando así o récord de Manuel Fraga. Feixoo agradeceu a todo o mundo, desde os que o votaron até os que non ("tamén gobernarei para vós"), desde apoderados do partido até a súa familia. Por agradecer, agradeceu até o apoio aos presidentes autonómicos de Andalucía e Castela-León. "Brindo este triunfo ao PP de España e falo do presidente, Pablo Casado", afirmou, nunha frase para asegurar lealdade. Deu as grazas aos presidentes provinciais do PP polos resultados nas diferentes circunscricións. "Sei por que me votastes e cumprirei co meu deber", manifestou, ao tempo que apuntaba a que tiña "máis forzas ca nunca" para Gobernar Galiza. Orgulloso dos resultados, Feixoo, nun momento do discurso no que alternou galego e castelán, indicou a clave desta cuarta maioría: "Non fallou ninguén". O PPdeG tocou a rebato a acudir ás urnas e as súas bases responderon: 41 deputados.
PRAZA_4780
O aluvión de auga, lama e pedras arrasou varias leiras nos lugares de Aviño (Malpica) e Razo da Costa (Carballo) e diríxese á praia de Aviño. Nos últimos meses veciños e Concello de Carballo alertaran en varias ocasións do perigo de rebordamento, pero a Consellaría de Industria non interveu.
Unha das balsas de residuos da antiga canteira do Monte Neme (entre Malpica e Carballo) rebentou esta madrugada, provocando un aluvión de auga, lama e pedras que arrasou varias leiras nos lugares de Aviño (Malpica) e Razo da Costa (Carballo) e que se dirixe á praia de Aviño. A balsa contiña 23 mil metros cúbicos de auga. A riada chegou a ameazar a integridade dunha vivenda e obrigou a cortar unha estrada. Nos últimos meses varios colectivos alertaran en varias ocasións do perigo de rebordamento e o propio Concello de Carballo informara da situación á Consellaría de Industria, sen resultados. A canteira abandonada carecía dun plan de seguridade. Hai poucas semanas, a comunidade de montes de Razo (propietaria da maior parte dos terreos nos que se sitúa a canteira) alertou unha vez máis da falta de seguridade existente nas balsas da antiga canteira, sinalando especialmente que unha das balsas corría un serio perigo de rebordar ou romper. A insistencia dos responsables municipais do Concello de Carballo, que en varias ocasións se dirixiron ao departamento de Minas da Consellaría de Industria fixo que o pasado mes de marzo técnicos da Xunta acudiran ao lugar para inspeccionar o terreo. Porén, despois de case un ano, nou se produciu actuación ningunha, nin sequera a sinalización do perigo que existía mesmo para unha persoa que paseara polo lugar. En abril a Consellaría de Industria afirmou que obrigaría a concesionaria da canteira a tomar as medidas de seguridade necesarias e a cumprir co seu plan de obras. Porén, a empresa concesionaria da antiga canteira e responsable polo tanto da balsa de residuos ten sede en Valencia e atópase en concurso de acreedores. Neste senso, AGE vén de denunciar os "riscos privados que paga toda a cidadanía". Para Antón Sánchez, esta desfeita medioambiental ilustra a "privatización de beneficios e a socialización dos riscos tan habitual no neoliberalismo". "Todos teremos que pagar os danos", advirte Sánchez, que tamén lembra os avisos da veciñanza do lugar: "Hai máis dun ano que se denunciara a situación", engade, "e daquela a Dirección Xeral de Minas da Xunta prometeu un plan de seguridade. O pasado decembro aínda non existía. Xa chega tarde". Antón Sánchez lembra tamén que a acumulación de resisuos en balsas son o modelo de xestión de refugallos proposto para a mina de Corcoesto: "Este é o modelo que o PP defende para a mina de Corcoesto, tamén na Costa da Morte, só que, a maiores, con cianuro. Insisten en que non hai ningún perigo. O que aconteceu a pasada noite en Monte Neme abonda para desmontar ese discurso irresponsábel que só responde aos intereses colonizadores encarnados no proxecto de Corcoesto". Unha crítica semellante realiza a Plataforma cidadá Salvemos Cabana, que a través de twitter, vén de sinalar que "as balsas mineiras nunca rebentan. Ata que o fan"
PRAZA_1200
CIG, UGT, CC.OO., Confapa-Galicia, USC e os Movementos de Renovación Pedagóxica votan neste órgano consultivo a retirada do anteproxecto de decreto de ESO e Bacharelato,
O Consello Escolar de Galicia aprobou este xoves, por 20 votos contra 17, pedir a retirada do anteproxecto de decreto de ESO e Bacharelato, e a súa devolución ao Goberno galego. O rexeitamento á versión galega da LOMCE partiu das emendas presentadas por CIG, UGT, CC.OO., Confapa-Galicia, USC e a Coordinadora Galegas de Movementos de Renovación Pedagóxica. Trátase, unicamente, dun acto simbólico, pois o Consello Escolar é un órgano meramente consultivo, pero amosa o rexeitamento que a reforma educativa impulsada polo Ministerio e a Xunta ten na comunidade escolar galega. Representantes da Consellaría de Educación, visiblemente molestos co sucedido, afirmaron "lamentar" a "actitude" do Consello Escolar, que cualificaron de "contraria ao diálogo" Dado que as decisións deste organismo, o texto continuará a súa tramitación a través do Consello Consultivo e o Consello Galego de FP, antes de chegar ao Consello da Xunta. Representantes da Consellaría de Educación, visiblemente molestos co sucedido, afirmaron "lamentar" a "actitude" do Consello Escolar, que cualificaron de "contraria ao diálogo". "A Consellaría lamenta esta actitude contraria ao diálogo, que non fai máis que ir en contra do sistema educativo galego, máis aínda cando o departamento de Educación da Xunta demostrou a súa vontade de incorporar achegas construtivas". CC.OO. explicou a súa oposición en que a norma ten unha tramitación "tardía e precipitada" que vai "dificultar" que o profesorado poña en marcha "de forma adecuada" este decreto a principios do vindeiro curso. Segundo CC.OO., a norma xeneraliza "a segregación do alumnado", "confinándoo a itinerarios que teñen difícil retorno". Ademais, deseña un currículo "excluínte" que "sacraliza a aprendizaxe academicista" das matemáticas e as linguas en detrimento doutras materias e contidos igualmente importantes, como as relacionadas co pensamento e as artes, que reciben "tratamento residual". A emenda de devolución contou co apoio de todas as organizacións sindicais, agás a CSI-F, "que se aliñou coa Administración", denuncia CC.OO. Trátase dun acto simbólico, pois o Consello Escolar é un órgano meramente consultivo, pero amosa o rexeitamento que a reforma educativa impulsada polo Ministerio e a Xunta ten na comunidade escolar galega Os sindicatos tamén manifestaron a súa oposición ao anteproxecto no exterior da xuntanza, cunha concentración convocada por CIG-Ensino. A CIG centrou tamén as súas críticas na "improvisación", pois os centros terán como referencia para organizar o curso un decreto "que no estará aprobado ata agosto ou setembro". Ademais, o sindicato critica a imposición das reválidas e subliña que a norma está "impregnada de principios neoliberais" e "renuncia" ás competencias do Goberno galego para fixar contidos. Marilar Aleixandre cualificou o sucedido como "unha vitoria que mostra o potencial da unidade da comunidade e asociacións, para mudar a situación" Marilar Aleixandre, que participou na xuntanza do Consello Escolar en representación da USC, cualificou o sucedido como "unha vitoria que mostra o potencial da unidade da comunidade e asociacións, para mudar a situación". Aleixandre xustificou o seu voto contrario á versión galega da LOMCE en que "a lei contribuirá a afondar as desigualdades" e que a "segregación" do alumnado en itinerarios desde 3º da ESO xa se demostrou ineficiente en moitos países. Ademais, salienta que as reválidas atentan contra o modelo de avaliación continua e formativa e que "a súa finalidade parece ser etiquetar os centros por resultados e asignar máis recursos aos centros que os teñan mellores, creando un perverso bucle". Finalmente, tamén critica que "a lingua galega é tratada como se fose estranxeira" e que a desaparición da ESO dos contidos de Historia de Galicia "fainos sentir como se estivésemos de novo nos tempos do franquismo".
PRAZA_9861
No espazo político galego pola esquerda do PSOE parece lóxico reforzar aquela oferta, de entre elas, con expectativas de obter representación. Iso non significa concederlle máis crédito, nesta altura, que o derivado de parar a extrema dereita.
Un representante galego nas Cortes sostiña en privado, hai varias lexislaturas, que o Estado español é débil, cuns resortes de poder moi vulnerábeis. Resultaba estraño ouvir iso de alguén que non é inxenuo. Os cataláns talvez pensaron o mesmo cando se imaxinaron incorporados á Europa dos ricos e despegados dos PIGS. Non era así. Demóstrao o retorno pendular producido pola acción independentista: a reacción durísima do poder xudicial e o empoderamento ( a palabra aquí non é tópica) do rei, atribuíndose funcións que lembran levemente as do seu bisavó.Todo iso será asunto menor se o extremismo trunfa o día 28. Cataluña está máis perto de perder a autonomía que de gañar a independencia, di Felipe González. O PNV sábeo ben. Mais o desafío é maior do que iso, porque o espectro ultra chama ás portas.No espazo político galego pola esquerda do PSOE parece lóxico reforzar aquela oferta, de entre elas, con expectativas de obter representación. Iso non significa concederlle máis crédito, nesta altura, que o derivado de parar a extrema dereita.
NOS_9582
As zonas máis afectadas polo incremento son Vigo e Ourense, situación que mantén en alerta á Xunta. Desde que comezou a pandemia até a actualidade na Galiza perderon a vida 2.678 persoas.
A situación epidemiolóxica na Galiza continúa a empeorar malia as medidas restritivas, a demanda do Certificado Covid cada vez en máis espazos e a campaña de reforzo da vacinación. Os datos que vén de fornecer a dirección xeral de Saúde Pública amosan que os novos contaxios nas últimas 24 horas -até a tarde deste sábado- chegaron a 957, a cifra máis alta dos últimos días. Os rexistros da Consellaría de Sanidade aluden a 8.204 casos activos este domingo 5 de decembro, o que implica un aumento de 643 casos en relación ao día anterior. Porén, a estas alturas superaron o coronavirus 183.149 galegas e galegos, 314 máis das que se contaban nos rexistros este mesmo sábado. En consecuencia, o crecemento real no número de contaxios para superar as 8.200 doentes que neste momento teñen o virus foi de casi un milleiro de cidadás contaxiadas nunha soa xornada. Por áreas sanitarias, 1.137 dos casos actuais (84 máis que un día antes) téñense notificado na Coruña, mentres que en Lugo hai 645 (+26). A última actualización de Saúde Pública tamén achega a información de que Ourense alcanzou os 2.041 casos activos, cun incremento de 115 sobre o sábado; na demarcación de Pontevedra hai 954 (+88) persoas enfermas, e Vigo lidera a listaxe das grandes cidades con 2.449 casos. Neste último caso, o crecemento das afectadas polo coronavirus foi moito máis acelerado nas últimas 24 horas pois se ten constancia de 268 incorporacións a esta estatística. Pola súa banda, a zona de Compostela-Barbanza fica con 595 (+22) doentes, quer en hospitais, quer en control domiciliario. En Ferrol notificáronse 383 casos (+40). Dada a situación tanto de Vigo como de Ourense, non sorprende que este sábado o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, resaltara que eran as áreas sanitarias que causaban unha maior preocupación porque están "especialmente castigadas". No que se refire aos ingresos, a evolución de 35 persoas segue a ser atendida nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI), o que supón que polo menos unha persoa saíu desta zona de control. Aliás, hai 188 galegos e galegas en diferentes unidades da rede de hospitais, cun incremento de 19 persoas con respecto ao balance anterior de Sanidade. No que vai de pandemia, finaron 2.678 persoas no país.
PRAZA_11202
O incenso deu sona e riqueza a Omán a nivel mundial. Coñecido como o rei dos aceites esenciais, obtense do zume que brota dunha árbore que crece no sur da Península Arábiga, en Omán nomeadamente
A milenaria ruta do incenso ten o seu punto de orixe en Omán. Esta resina usábana os exipcios para tapar os orificios corporais no proceso de embalsamamento, o rei Melchor entregoulla a Xesús como agasallo, a raíña de Sabá levoulla ao rei Salomón cando foi visitalo a Xerusalén e o emperador Nerón queimou toda unha colleita para o funeral de Popeia Sabina, a súa esposa predilecta. Durante séculos, a importancia do incenso foi tal, que Omán se converteu na capital mundial desta luxosa resina coa que aromatizar corpo e alma.Situada nunha punta da Península Arábiga, Omán atópase nunha posición estratéxica entre o Océano Índico e o Mar de Arabia. Por iso pobos como o sumerio, o asirio, o babilonio ou o persa se interesaron polas súas terras e os portugueses descubriron na actual Mascate un excelente porto de entrada a India. De aí que xogase un papel fundamental nas rutas da seda e das especias.Os portugueses, necesitados de bases coas que protexer as liñas marítimas a India, controlaron a costa de Omán preto de 150 anos, ata que os expulsaron os poboadores do interior, alá polo 1650. Só a ocupación otomá e mais unha efémera invasión persa afastou Omán de calquera dominio foráneo ata finais do século xix. Antes diso gozou dun gran poder económico, que se expandiu ata as costas das actuais Irán, Paquistán, Quenia e Zanzíbar. O declive do imperio que formaban Omán e Mascate permitiu que pasasen a ser protectorados británicos; un rexido polo sultán, na costa, e outro polo imán, no interior. Esta situación acabou en 1951 coa firma do Tratado de Amizade, Comercio e Navegación, que outorgou a independencia a Omán.Empobrecido ata a década de 1970, o actual sultanato de Omán soubo combinar, en todos estes anos, a riqueza que dispensan o petróleo e mais o gas natural coa agricultura e a pesca, amais do turismoOs primeiros anos de soberanía convertéronse nun réxime represivo que durou ata 1970, coa proclamación do sultanato e a suba ao poder de Qaboos bin-Said al-Said, o actual rexedor. O rango de sultán permítelle ter un poder absoluto e os cargos de primeiro ministro, ministro de Asuntos Exteriores, ministro de Defensa e mais ministro de Finanzas. Alén deses postos políticos, o recoñecemento de Qaboos é tan grande que o día do seu aniversario, o 18 de novembro, está declarado festa nacional, e o día da ascensión ao trono, día do Renacemento, o 23 de xullo, é outra xornada de celebración. Tras todos estes anos no cargo, Qaboos é o líder árabe con máis tempo no poder, o que serve para cimentar a estabilidade do país, aliado militar de EEUU e de Gran Bretaña, e potencia dun turismo aínda incipiente na zona.Empobrecido ata a década de 1970, o actual sultanato de Omán soubo combinar, en todos estes anos, a riqueza que dispensan o petróleo e mais o gas natural coa agricultura e a pesca, amais do turismo. Neste sentido, a adaptación á nova economía non foi drástica, como nos outros países do Golfo Pérsico, onde o cemento enseguida copou boa parte da area do deserto e as listas de récords de alturas e extensión en edificios. En Omán non hai rañaceos e os edificios máis altos da capital apenas chegan aos dez andares. As casas baixas, en perfecta harmonía coa paisaxe, quer coas ondas azuladas do mar, quer coas dunas ocres do deserto, seguen a ser o habitáculo preferido dos pouco máis de tres millóns de habitantes que ten o país.A capital, Mascate, existe como tal dende a unificación de Mascate e Omán no sultanato de Omán. A pequena cidade costeira, un ancoradoiro seguro (tradución literal do seu nome) revestido de montañas, serve como ponte entre Oriente e Occidente, do mesmo xeito que o seu rexedor, o sultán Qaboos. Este, educado no Reino Unido, soubo trasladar ao seu país o aprendido fóra e conxugalo coas tradicións propias do seu lugar de nacemento. Así, a súa paixón pola música fixo que decidise construír a Casa da Ópera, un edificio maxestoso que, amais de auditorio e sala de concertos, conta cuns xardíns exteriores que arrodean o complexo marmóreo, a ton coas edificacións do resto do país.Toda Omán é unha alfaia e así o atesta a UNESCO, que incluíu, na lista de Patrimonio da Humanidade, os aflaj, un sistema de irrigación de case 5000 anos e nos que se inclúen atalaias e diferentes edificaciónsOutras mostras sobranceiras da arquitectura omaní son a gran mesquita do sultán Qaboos, as fortalezas al-Yalali e al-Minari, e o zoco. A primeira destas, a mesquita, foi un regalo do sultán Qaboos á nación por mor do 30 aniversario do seu reinado. Impresionante por fóra, no interior destaca a alfombra persa, de 70x60 metros, tecida á man durante catro anos. Os fortes al-Yalali e al-Minari, no peirao de Mascate, permanecen en pé dende que os portugueses decidiron construílos para protexerse dos ataques otomás. Non son os únicos, pois a carón do zoco está o forte Mutrah, vixía desa historia que circunda o país e que subsiste na caótica mestura de cerámica, xoias, recordos con estampas de camelos, e cheiro a café e incenso que é o zoco al-Dhulam, o mercado da Escuridade, así chamado pola pouca luz que entraba nel, debido á aglomeración de tendas, e hoxe en día unha reliquia labiríntica.Toda Omán é unha alfaia e así o atesta a UNESCO, que incluíu, na lista de Patrimonio da Humanidade, os aflaj, un sistema de irrigación de case 5000 anos e nos que se inclúen atalaias e diferentes edificacións. Este quilométrico complexo permite valerse da gravidade para canalizar a auga dende mananciais e pozos ata lugares afastados onde se emprega para usos agrícolas e domésticos. O incenso deu sona e riqueza a Omán a nivel mundial. Coñecido como o rei dos aceites esenciais, obtense do zume que brota dunha árbore que crece no sur da Península Arábiga, en Omán nomeadamenteO incenso deu sona e riqueza a Omán a nivel mundial. Coñecido como o rei dos aceites esenciais, obtense do zume que brota dunha árbore que crece no sur da Península Arábiga, en Omán nomeadamente. Foi a súa importancia como remedio contra diferentes enfermidades e como repelente de insectos, amais de perfume e condimento para bebidas e comidas, a que lle valeu o título de ouro branco. A súa valía estendeuse de tal xeito que chegou a crearse unha ruta propia para así transportar a flagrancia omaní a todo o mundo coñecido entre os séculos viii a.C e iii d.C. Así creceron tamén as cidades costeiras da actual Omán, como Sumhuran, hoxe en día parque arqueolóxico e declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dende alí partiron os barcos que logo sucaron as augas que os levaron ata China, India, África e Europa. Alí se construíron tempos, palacios e murallas, como declarou Marco Polo, quen situou o lugar en Iemen, o cal provocou que a zona permanecese oculta para a arqueoloxía ata mediados do século pasado.Tamén Alexandre o Grande quedou admirado cando conquistou o «porto dos perfumes» e un mariñeiro grego describiu esta cidade de Sumhuran como unha beizón na que «o incenso pode quedar no porto sen que ninguén o vixíe grazas ao poder dunha deidade que o protexe». O poder divino ao que se refire o pescador grego é o dos jins, unha caste de seres sobrenaturais que tanto poden axudar como prexudicar as persoas. Existe a crenza de que só a xente de Omán pode recoller o incenso, pois calquera outra provocaría a ira destes jins. Por iso seguen a perfumarse as casas con incenso, para afastar estes seres sobrenaturais, aínda que hai quen cre que, en realidade, os únicos motivos son aromatizar as vivendas e arredar os virus que propagan os insectos.É alí onde se erguen devagar refachos de fume que logo se mesturan co aire e o perfuman. Alí onde alguén prende esa nube que se eleva dende o chan e cobra vida propia dende os pés desa persoaO incenso foi un produto de primeira necesidade durante séculos. Hai investigacións que apuntan que o termo xa aparecera en táboas sumerias que datan máis de 4000 anos e que a ruta por terra, cara a Exipto, estableceuse arredor do ano 1500 antes da era cristiá. Foi nesa época na que un gran cambio climático provocou a desertización da zona, o que levou á domesticación do camelo. Outro cambio substancial que hai que agradecer ao incenso foi o da importancia da escritura. A necesidade de anotar as innumerables transaccións económicas fixo esencial o uso dunha lingua escrita, outra riqueza agochada na historia de Omán.É alí onde se erguen devagar refachos de fume que logo se mesturan co aire e o perfuman. Alí onde alguén prende esa nube que se eleva dende o chan e cobra vida propia dende os pés desa persoa. Alí onde o encanto do fume fai que se converta nunha serpe admirada pola música que non escoita e que vén do seu prestidixitador, un home de túnica e turbante que define o que é Omán, a terra do ouro branco.
NOS_28331
Máis de 40 institucións e empresas relacionadas co desenvolvemento e aplicación nas tecnoloxías intelixentes expresaron xa o seu apoio para que este organismo estea nalgunha cidade da Galiza.
O Goberno español dará inicio esta terza feira, no Consello de Ministras e Ministros, ao proceso para seleccionar a cidade que será sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial. A USC analizará os riscos e as potencialidades da Intelixencia Artificial Neste sentido, máis de 40 institucións e empresas relacionadas co desenvolvemento e aplicación nas tecnoloxías intelixentes expresaron xa o seu apoio para que sexa algunha cidade da Galiza a que acolla esta sede. A candidatura foi formulada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), controlada pola Xunta da Galiza, quen fixo un chamamento a que compañías e organismos do sector secunden a candidatura. [VÍDEO] A Galiza fica segunda no Eurovisión da intelixencia artificial A secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, confirmou na súa conta de Twitter a apertura deste proceso de selección e destacou o traballo do Executivo estatal para "impulsar o liderado do Estado español a nivel tecnolóxico". Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial A creación desta axencia foi un dos requisitos do grupo parlamentario Más País-Equo para pactar o seu apoio aos Orzamentos Xerais do Estado para 2022. Como parte do acordo estabelecíase que a axencia estaría creada antes de final de ano. Proxecto Nós: intelixencia artificial para interactuar dixitalmente en galego en todo o mundo De acordo á emenda incluída na lei de orzamentos, esta axencia actuará con independencia respecto ao Goberno español, aínda que dependerá da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, e dará seguimento aos proxectos públicos relacionados con esta tecnoloxía a nivel estatal e europeo. A nova axencia forma parte, á súa vez, dunha lista de novas institucións cuxo futuro se antolla lonxe de Madrid, como a futura Axencia Espacial Española. Carme Torras, Investigadora e especialista en Robótica: "Os robots substitúen tarefas, non substitúen postos de traballo" En paralelo a esta medida, o Estado español encabezará a partir de outubro a creación do primeiro 'sandbox' para proxectos de intelixencia artificial de Europa, o cal actuará como 'piloto' do novo regulamento de IA que desenvolve a Unión Europeav (UE).
NOS_41663
O novo presidente de Exipto, o islamista Mohamed Mursi, anulou a resolución da Xunta Militar de paralizar o parlamento
O Consello Supremo das Forzas Armadas (CSFA) de Exipto mantén unha reunión de urxencia para avaliar a decisión do presidente, Mohamed Marsi, de restablecer o parlamento, anulado por un dictame da Xunta Militar. A axencia oficial Mena informa de que a cúpula castrense, presidida por Husein Tantaui, está´a valorar que posíbeis pasos dar ante unha decisión do presidente que parte das forzas armadas consideran que é unha afrenta. Alén disto, Mursi tamén anunciou a intención de convocar un referendo sobre a nova constitución exipcia, así como que se realicen eleccións nos 60 días seguintes á ratificación da nova carta magna.
NOS_54634
A terceira edición do ciclo 'Butaca de jazz' aposta pola música galega.
Esta cuarta feira presentouse na cidade da Coruña a terceira edición do ciclo 'Butaca de jazz'. Este evento, que decorrerá durante os días 18 e 25 de novembro e mais o 2 de decembro, aposta polo "mellor jazz galego con proxección internacional". O primeiro concerto do ciclo 'Butaca de jazz' correrá a cargo de Paco Charlín. O artista, natural de Vilanova de Arousa, cursou solfexo e baixo eléctrico, ademais de formarse no Estudio Escola de Música (Santiago de Compostela) e a Escola Taller (Pontevedra). En 1996 obtivo dúas bolsas de estudo na Berklee College of Music, trasladándose a Boston, Massachussets (Estados Unidos). No seu haber conta con varios discos gravados, tanto en solitario como formando parte de proxectos colectivos, en diversos estilos musicais. Entre as súas 30 obras destacan Diálogos, Babel de sons e Simetrías. Actualmente, compaxina a docencia no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra coa súa participación en festivais estatais e internacionais. A guitarra como protagonista Lucia Fumero Trío A seguinte en actuar será a pianista e cantante nacida en Barcelona Lucia Fumero, de raíces arxentinas e suízas. Na súa participación no 'Butaca de jazz' estará acompañada por Martín Leiton ao contrabaixo e Juan Rodríguez Berbín á batería e percusións. A artista Lucia Fumero tamén compartiu escenarios con algúns dos nomes do panorama musical catalán, como Rita Payés, Nico Roig, Eva Fernández ou Magalí Datzira. Feche do 'Butaca de jazz' con Nani García Para o feche do ciclo, contase co compositor, músico e produtor musical coruñés Nani García. Autor de bandas sonoras para longametraxes, obras de concerto, óperas, obras de teatro, curtametraxes, programas de televisión, conta con máis de cen publicacións entre obras de jazz, producións audiovisuais e producións para outros artistas. Xunto con Simón García no contrabaixo e Miguel Cabana na batería, García presentará na xornada final do 'Butaca de jazz' o seu cuarto traballo, Hai un desiquilibrio. O evento foi presentando esta cuarta feira na sede de Afundación da Coruña e está encadrado no programa solidario da Obra Social de Abanca titulado Cultura por alimentos.
NOS_46901
Unha oliveira e unha placa que recordaban a cinco traballadores do Porriño asasinados polo franquismo foron atacadas tan só unha semana após a súa inauguración.
Hai sete días que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño-Louriña plantou en Tomiño unha oliveira e inaugurou unha placa en memoria das cinco persoas fusiladas polos franquistas no Alto de Tebra. O sábado este memorial amenceu atacado, coa oliveira arrincada do chan e a placa golpeada. O acto realizado hai unha semana lembrou aos irmáns Eleazar e Antonio Francés Carpintero, a Xosé Groba Domínguez, Xosé Groba Rodríguez e Xosé Rocha (o portugués), traballadores significados no Porriño polo seu compromiso social e democrático, e que en 1936 foron fusilados en Tebra, Tomiño, polos fascistas.
PRAZA_3325
A doutora denunciante, delegada do sindicato O'Mega, asegura que o ancián faleceu nun corredor de Urxencias agardando ser atendido; o Sergas matiza que recibiu a primeira atención "aos dez minutos" e empeorou "á espera dunha segunda exploración"
A Fiscalía de Santiago ten xa sobre a mesa e comezou a tramitar a denuncia interposta contra a dirección do Hospital Clínico de Santiago pola doutora Fátima Nercellas en representación do sindicato médico O'Mega. Como en anteriores ocasións, a médica procura lograr que o Ministerio Público primeiro e un xulgado, despois, esixa responsabilidades penais aos responsables do complexo sanitario compostelán polo falecemento dun paciente a agardar despois de entrar por Urxencias. Neste caso, refírese á morte dun ancián o pasado 30 de xaneiro.A doutora denunciante, delegada do sindicato O'Mega, asegura que o ancián faleceu nun corredor de Urxencias agardando ser atendido; o Sergas matiza que recibiu a primeira atención "aos dez minutos" e empeorou "á espera dunha segunda exploración"As versións sobre o acontecido difiren entre o relato da doutora e o propio Servizo Galego de Saúde, que tras saír á luz pública o caso puxo o acento en que o home, de 84 anos, "tivo a primeira atención sanitaria en menos de dez minutos" e sufriu "a deterioración da súa saúde estando á espera de ser colocado en box para unha segunda exploración". Nese momento, aseguran, "foi inmediatamente ingresado na zona de críticos, onde se confirmou o seu falecemento".Pero segundo Nercellas, en realidade o home "faleceu esperando nun corredor a ser atendido por un médico, xa que todos estaban ocupados con outras urxencias". Así o plasma tamén na denuncia, á que tivo acceso Praza.gal. Nela detállanse as patoloxías do paciente, un varón en situación de dependencia, e os síntomas cos que chegou ao Clínico, entre elas dificultade para respirar. Na consulta de clasificación, ás 17:47 da tarde, asignáronlle "prioridade de gravidade"."A familia avisa de que lles parece que está morto; pásano a críticos e eu, como médico de críticos, só podo confirmar que faleceu"Sempre segundo a denuncia, "ao non ter sitio en urxencias, é colocado nun corredor, onde se deteriora o seu cadro clínico" e ás 18:50, indica o texto, "a familia avisa de que lles parece que esta morto". "Pásano a críticos e eu, como médico de críticos, só podo confirmar que efectivamente, faleceu", indica a propia Nercellas, quen resalta que dada a clasificación outorgada ao chegar -cor amarela, no sistema de organización interna do hospital-, "debeu ser visto por un médico no prazo máximo dunha hora".Para que se producise esa atención en tempo e forma, detalla o texto remitido á Fiscalía, "deberían adxudicarlle un espazo para que puidese ser instalado, controlado por enfermaría e que o médico de urxencias puidese acceder a el nunha hora". "Esa prioridade -agrega- é para que o médico o vexa, non para colocalo nun corredor"."Antes de que ocorrese este feito, advertiuse unha vez máis á xerencia da gravidade da situación" Segundo a doutora denunciante, "este é un feito reiterado, produciuse un novo falecemento dun paciente nos corredores de Urxencias" e é aínda máis "grave", considera, porque "antes de que ocorrese este feito, advertiuse unha vez máis á xerencia da gravidade da situación" a través dun correo electrónico "para que se adoptasen as medidas necesarias". Este tipo de advertencias, como informou Praza.gal, xa se produciran no pasado ante outros episodios de colapso.Atendendo ao relato da doutora Nercellas, aínda que "se dispón das plantas para pacientes pendentes de ingreso, as operativas e a pechada do [hospital] Gil Casares para desaloxar a urxencia", o "problema" xorde "cando pacientes xa vistos e tratados" no servizo de Urxencias e "con asignación de ingreso xa asinado, non soben ás plantas", senón que "permanecen nos cubículos" de Urxencias. Neste punto prodúcense os atascos e a "acumulación de pacientes no corredor da entrada, que é á súa vez unha das vías de evacuación".Anteriores denuncias por casos coma este foron arquivadasPor todo isto, a doutora Nercellas require que a Fiscalía e despois a xudicatura actúe en consecuencia. Polo momento, indica, a Fiscalía disponse a abrir as correspondentes dilixencias, isto é, a realizar pescudas sobre o asunto que, no seu caso, pasará ao xulgado que corresponda. En anteriores ocasións nas que Nercellas e O'Mega realizaron este mesmo procedemento, a Fiscalía arquivou as denuncias e antes, en 2018, si asumira a denuncia contra a Xunta. Segundo este sindicato, os arquivos destes casos prodúcense porque "a conclusión final é que o persoal sanitario, especialmente médico, actuou con dilixencia e que non é punible; faltaría máis, eles son os que solventan todos os problemas". A cuestión sería, agregan, chegar "aos responsables das carencias estruturais dos servizos".
NOS_58079
Intenso, apaixonante e sen tregua. O enfrontamento en Riazor entre Dépor e Celta finaliza con vitoria dos segundos (1-3), con mellor pegada.
O 9 de novembro de 1924 disputouse o primeiro #onosoderbi oficial. Foi na Coruña e gañou o Dépor 3-0. O Celta tomaría a revancha na volta, no vello campo de Coia, onde gañou, tamén por 3-0. Celestes e branquiazuis enfrontáronse en 166 ocasións, a última delas a deste sábado en Riazor, nun partido intenso cuxos 3 puntos marcharon para as Rías Baixas grazas á vitoria do Celta (1-3). Os de Vigo semellan terlle collido o 'aquel' a 'O Noso Derbi' nos últimos enftontamentos. No histórico, 67 enfrontamentos acabaron con vitoria celeste por 63 deportivista. O madrugador gol de Wass, no minuto 3, descolocou estratexias previas e obrigou a repensar o partido. O Dépor non se enrrugou e puxo proa ao encontro. Tomou posesión do balón, apostou en atacar, cortocircuitar os intentos do Celta de tecer xogadas. Mais esa aposta non se concretou en gol. Foi un partido no que Aspas volveu a reivindicarse fronte ao Dépor. Dous goles e unha presenza ameazante ao longo de todo o encontro. Porén, cando o Celta ía gañando tres a cero marcou o Dépor, que volveu a prender os motores e poñer alma e corazón no ataque e na intensidade. Mais o Celta non perdeu nunca os nervios, e amosou un punto de madurez para meter no peto o partido. Ficha técnica Deportivo (1): Rubén, Juanfran, Schär (Fede Varela, min.60), Sidnei, Luisinho, Borges, Guilherme, Carles Gil (Borja Valle, min.80), Çolak (Andone, min.46), Adrián, Lucas Pérez. Celta (3): Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Brais Méndez, min.90), Tucu Hernández, Iago Aspas, Maxi Gómez (Radoja min.79), Sisto (Emre Mor, min.70). Goles: Wass (0-1, min.3); Iago Aspas (0-2, min.40); Iago Aspas (0-3, min.53); Andone (1-3, min.59). Árbitro: Undiano Mallendo, Amoestou Borges, Schär (Deportivo); Rubén, Hugo Mallo (Celta).
NOS_48342
O BNG dispón de diferentes dados -inquéritos que apuntan ao ascenso en intención de voto, altas de novas militantes- que confirmarían que nos últimos meses a percepción social sobre esta organización tería mudado en positivo. O BNG tería logrado así un cambio de tendencia. Así llo transmite a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, á súa militancia nunha comunicación por escrito. Nas vésperas do 25X, a líder nacionalista chama a unha participación masiva e reafirma: "A soberanía é a caixa de ferramentas para construír un país mellor".
A cuarta feira pasada, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dirixiu unha carta ás e aos militantes da formación. Na misiva, á que tivo acceso Sermos Galiza, a dirixente mostra o talante de optimismo, de confianza no porvir, co que encara o Día da Patria Galega, a mobilización-festa por excelencia do nacionalismo galego. Para Pontón, nos últimos meses o BNG conseguiu -após un proceso de reactualización, renovación e autocrítica- recuperar alento e apoio social. "Para o BNG este non é un ano máis. Este 25 de xullo podemos e debemos mostrar como a recuperación do BNG, que levamos meses percibindo, é xa unha realidade consolidada e que abriu para a nosa organización unha nova etapa, un novo tempo", afirma a líder nacionalista. "Este 25 de xullo podemos e debemos mostrar como a recuperación do BNG, que levamos meses percibindo, é xa unha realidade consolidada" "Creo sinceramente que imos na boa dirección e que non vai ter volta atrás", enfatiza Pontón, quen para reforzar este aserto comunica á militancia nacionalista que o BNG dispón neste momento de dados -desde inquéritos á evolución á alza do censo de militantes- que debuxan claramente unha liña ascendente e que significan un cambio de tendencia para a formación soberanista. Na carta, Pontón pon en valor o proceso de relanzamento do BNG aberto na XV asemblea nacional -febreiro de 2016, o conclave en que é eleita portavoz nacional- e nese sentido declara: "Temos que estar orgullosos e orgullosas dos pasos dados. O BNG abriu un tempo novo, actualizou a súa liña e principios, renovou a súa dirección e modernizou a súa estética e imaxe", di en alusión á mudanza do logo. Un BNG novo que, desde o nacionalismo, oferece "un novo horizonte para a grande maioría". Pontón debuxa un país con dous proxectos fronte a fronte. Por un lado, un PP que se agacha "baixo os dados macroeconómicos", incapaz de resolver os problemas das persoas e de propor un proxecto "diferente e mellor para todas elas". Polo outro, un BNG que está a resintonizar coa sociedade galega e cos desexos sociais maioritarios dun "cambio de rumbo". "Queremos poder vivir nun país que nos ofreza oportunidades, que non nos expulse fóra, que non nos deixe tirados se a vida se nos torce", di a líder do BNG. E como se muda de rumo? Pois cunha mudanza do statu quo e tal cousa pasa inescusabelmente polo exercicio do dereito "a decidir nós sobre o noso". "Se o nacionalismo algo ten demostrado é que os proxectos verdadeiramente alternativos son os que poñen en cuestión o statu quo. E en Galiza iso obriga a defender abertamente a plena capacidade de decidirmos como país sobre todo aquilo que nos afecta", escrebe Pontón na súa carta. E remacha: "A soberanía é a caixa das ferramentas necesaria para construír un país mellor". "Se o nacionalismo algo ten demostrado é que os proxectos verdadeiramente alternativos son os que poñen en cuestión o statu quo" A misiva conclúe cun chamamento a participar na manifestación que o BNG convoca para o Día da Patria. Soberanía e mobilización, dúas caras da mesma moeda. "Despídome de ti cun chamamento: vexámonos as caras o 25 de xullo en Compostela. Compartamos a alegría de celebrar o Día da Patria nunha Quintana ateigada da esperanza dos novos tempos que se respiran no ar desta casa común que é, para todas e para todos nós, o BNG".
NOS_53277
Esta cuarta feira na cidade olívica e a quinta na capital galega.
Diversos colectivos e entidades estanse a mover en Galiza para denunciar e rexeitar o que cualifican como "golpe de estado" en Venezuela. Vigo e Compostela son, polo de agora, as cidades que acollerán concentracións na defensa do "lexítimo goberno venezuelano". Máis dunha vintena de organizacións e asociacións sociais, políticas, sindicais ou xuvenís apoian a concentración convocada para esta cuarta feira, 30 de xaneiro, en Vigo, na farola de Urzáiz baixo o lema 'Contra o golpe de estado en Venezuela, solidariedade!'. Para esta quinta feira, 31 de xaneiro, convócase en Compostela unha mobilización no mesmo sentido. Será ás 20:00 horas na Praza do Toural. A palabra de orde, 'Compostela, contra o golpe de estado en Venezuela'. Desde estas entidades denúnciase a campaña en marcha desde hai anos contra o proceso que iniciou Venezuela baixo os gobernos de Hugo Chávez. Lembran que Hugo Maduro gañou unhas eleccións avaladas por observadores internacionais e que o 'autoproclamado' presidente non está lexitimado polos votos, sendo eleito deputado, non presidente, da Asemblea Nacional.
NOS_7184
O 10 e 11 de agosto, cadrando co inicio das festas da Peregrina, rodearán a praza de touros da cidade do Lérez contra a celebración deste tipo de espectáculos.
As protestas contra as touradas continúan no noso País e desta volta tócalle á cidade de Pontevedra. O vindeiro sábado 10 de agosto unha cadea humana rodeará a praza de touros en protesta pola celebración de espectáculos taurinos e que rematará cun minuto de silencio, coas mans erguidas e pintadas de vermello simulando sangue, "polos milleiros de vítimas" das touradas. A acción reivindicativa, que dará comezo ás 11 da mañá, está organizada pola plataforma Touradas fóra de Pontevedra, quen chama ás persoas que queiran participar a asistiren vestidas de negro. Que Louzán peche a billa das axudas públicas Para alén da denuncia a esta práctica, a intención da acción é reclamar que a deputación gobernada por Rafael Louzán peche a billa "de inmediato" ás axudas que concede "de maneira indirecta ou encuberta". Entre 2008 e 2010, Louzán entregou 8.559 euros para a Xunta anual de peñas taurinas e para tres edicións de Conferencias taurinas organizadas pola peña Gin Kas. Aliás, segundo os dados que mañeza Touradas fóra de Pontevedra, outros 50.000 euros foron parar a licitacións de publicidade do Patroado de turismo das Rías Baixas na propia praza de touros entre 2009 e 2010. Após a cadea humana, unha manifestación cuxo horario e percorridos non foron confirmados percorrerá as rúas da cidade do Lérez como anticipo da grande mobilización do sábado, día 11: cadrando coa inauguración dos festexos da Peregrina, o evento contra as touradas está convocado por máis de 41 colectivos políticos e sociais.
NOS_17863
A Comisión Europea mostra o mesmo espírito que o FMI e recomenda unha rebaixa salarial do 10% como estratexia para a baixada do desemprego no Estado español. Para acadalo, indica a conveniencia dun pacto entre o empresariado e os sindicatos.
A indicación ao goberno español do FMI dun recorte salarial dun 10% atopa agora o reforzo da Comisión Europea que pide un acordo social para unha baixada de soldos como saída ao desemprego. A cambio o empresariado comprometeríase á creación de emprego. É o vicepresidente económico da Comisión Europea, Olli Rehn, o que defende estas teses nun artigo no que recomenda un acordo entre goberno e organizacións sindicais e empresarias que asumisen unha rebaixa salarial como estratexia para combater o desemprego. Convida, polo tanto, a apertar aínda máis a reforma laboral e camiñar cara unha rebaixa aínda maior das condicións da clase traballadora, cunha redución salarial de até 10% en dous anos que, ao seu ver, se tería que corresponder cun aumento de contratacións por parte do empresariado. O vicepresidente económico Rehn dálle a razón ao documento do FMI e emprega os mesmos termos como medio para a redución do desemprego, que contemplaría, alén da rebaixa salarial, unha redución dos custos de Seguridade Social para o empresariado arredor do 1,7% para incentivar as contratacións. A rebaixa de salarios como medio para reducir o desemprego é a tese partillada polo comisario Rehn co organismo que encabeza Christine Lagarde, de quen toma os datos, para concluír en que o acordo social para a rebaixa tería un efecto dunha redución de entre seis e sete puntos da taxa do desemprego. No seu artigo "Pode lograr España o que fixeron Irlanda e Letonia? Rehn emprega os exemplos das reformas económicas e laborais desenvolvidas en Irlanda e Letonia e chega a afirmar que quen rexeite esta proposta "cargará sobre os seus ombreiros a enorme responsabilidade do custe social e humano".
PRAZA_7236
Os colectivos anti desaloxos e as plataformas PAH do país maniféstanse este xoves ante as subdelegacións do Goberno para censurar a "represión" que aseguran sufrir. Máis de 5.000 euros conseguiron xa na Coruña para pagar as multas impostas a varios compañeiros.
A coordinadora galega de Stop Desafiuzamentos e das PAH volve mobilizarse en Galicia este xoves. O movemento anti despexos manifestarase de novo conxuntamente, tras as protestas ante as delegacións de Vivenda de hai unhas semanas- pretende "denunciar a criminalización da protesta e a lexitimidade do pobo a defender o dereito humano a unha vivenda diga e axeitada". Farano o día 18 ás 11 da mañá diante das Subdelegacións do Goberno na Coruña, Lugo e Ourense, e tamén en Vigo ante a sede do PP. Stop Desafiuzamentos e plataformas PAH de Galicia concentraranse este xoves ante as subdelegacións do Goberno Serán tamén concentracións contra a nova lei de Seguridade Cidadá e contra unhas subdelegacións do Goberno que, segundo din os colectivos antidesafiuzamentos, "perseguen o movemento opositor aos desaloxos e lanzamentos, sen alternativa habitacional, e aos que defenden o dereito a unha vivenda digna". Aseguran que o Executivo emprega a policía para "defender os intereses do máis forte" e para "intenar desfacer o movemento de solidariedade", enchéndoos "de multas e sancións". Nun comunicado conxunto, e a través da coordinadora galega, os movementos antidesafiuzamentos aseguran que non teñen medo. "Mirádenos de frente. Estes son os nosos rostros. Velaquí vedes e sentides a nosa felicidade. Esta é a nosa felicidade a pesares de. A pesares da vosa desvergoña, a pesares de que nos roubedes unha e outra vez, a pesares de quen nos malledes, a pesares de que nos silenciedes. Esta é a nosa felicidade, a felicidade da xente que construímos a unha coa outra, cpste o que nos coste, un mundo mellor", din. "Poderedes arrincar as flores pero non poderedes deter a primavera", reivindica a coordinadora galega "Nos nosos pasos non hai terror. Somos quen. Confiamos nas nosas propias forzas. Poderedes arrincar as flores pero non poderedes deter a primavera. Esta é a nosa decisión e o noso camiño e non hai cancela ou valo que o vaia parar", aseguran na súa denuncia duns poderes públicos que "non se preocupan de procurar unha alternativa habitacional, senón de reprimir ou criminalizar os movementos de solidariedade". "Golpéannos e empúrrannos pero sempre hai unha man coa que se levantar. Expúlsannos das nosas vivendas pero sabemos defendernos cos nosos propios corpos e a cada vez somos máis persoas as que permanecemos en pé. Recórtannos e anúlannos pero é tan forte a nosa voz que nin o seu ruído mediático a consegue apagar", di o comunicado, que insiste en que "é tan firme" a súa convicción no "lexítimo dereito a resistir" que volven "camiñar". Stop Desafiuzamentos da Coruña xuntou xa máis de 5.000 euros para pagar as multas impostos tras deter o desaloxo de Aurelia Rey Precisamente, e tras as numerosas multas impostas a varios membros de Stop Desafiuzamentos na Coruña pola súa achega á hora de deter desaloxos, o colectivo superou xa os 5.000 euros a través da súa campaña popular para recoller fondos que axuden a sufragar estas sancións, tamén a do bombeiro Roberto Rivas, que se converteu en símbolo da resistencia contra os despexos. A data de 14 de decembro, as achegas superaban xa os 5.100 euros, polo que só quedarían menos de 2.000 euros para acadar o obxectivo dos 7.000 euros que se marcara Stop Desafiuzamentos para axudar a pagar o importe que supoñen as multas impostos a todas aquelas persoas sancionadas por intentar deter o desaloxo da anciá Aurelia Rey. "Se entre todos acadamos a cantidade necesaria para pagar as multas deste caso, verán que non se pode vencer á veciñanza unida, consciente e combativa", din.
NOS_2052
Novas informacións apuntan que os madrileños fixeron "vida normal"
A enorme fervenza informativa que é o 'Caso Fuenlabrada' non deixa de chapicar datos nin un momento. Durante a mañá de onte, a chegada dunha ambulancia chamou a atención da marea de medios de comunicación que fai garda ante as portas do hotel coruñés onde permanece confinado o equipo madrileño "como se isto fose a boda do rei", tal e como definiu a situación o adestrador do Club de Fútbol Fuenlabrada, José Ramón Sandoval. A súa presenza foi requirida para trasladar até o hospital privado Quirón -por petición expresa do Fuenlabrada- un xogador positivo en coronavirus e con febre que sufriu un esvaecemento mentres se lle practicaba unha proba PCR. A pesar de que, segundo anunciou o conxunto do suroeste de Madrid, o seu estado "non reviste gravidade", permanecerá ingresado polo menos durante toda a fin de semana por precaución. Esta nova uniuse a un segredo a voces que foi confirmado polo médico do Real Club Deportivo da Coruña, Carlos Lariño: "O Fuenlabrada chegou á cidade herculina sen médico". En declaracións ás compañeiras e compañeiros do programa Zona Mixta, da Radio Galega, Lariño confirmou que "non é normal" que un clube de fútbol se desprace sen o seu médico, entre outras cuestións porque "sen el non se poden presentar a xogar". As pezas do quebracabezas comezan a encaixar Por que entón se desprazaron até A Coruña? E por que, unha vez na cidade herculina, non respectaron o protocolo anti Covid-19 da propia Liga de Fútbol Profesional (LFP), que estabelece que deben permanecer confinados nas súas habitacións, evitando o contacto co resto da clientela e evitando facer uso das zonas comúns? Esa é a pregunta que fai o Real Club Deportivo na denuncia que presentou ante o Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Os coruñeses acusan a "totalidade" dos xogadores do Fuenlabrada de "non respectar a súa obrigación de permanecer confinados", facendo uso das zonas comúns do estabelecemento e das súas instalacións deportivas anexas, algo que foi desmentido desde o primeiro momento polo equipo madrileño. Non obstante, o Dépor afirma que menten, sinalando que tanto "os rexistros videográficos das cámaras de seguridade do hotel" como as distintas testemuñas deixaran constancia de que "compartiron espazo con outros hóspedes e usuarios". Pola súa banda, o ministro de Cultura e Deporte, un día despois de saír en defensa da Liga de Fútbol Profesional e do seu protocolo anti Covid-19, volveu opinar para matizar as súas propias declaracións, aseverando que "se ben está moi ben deseñado e funcionou en 99,9% das ocasións, esta vez non o fixo", e instou a investigar "por que". Diso xa se están encargando, ademais dos medios de comunicación, a Fiscalía Provincial da Coruña, que abriu dilixencias de investigación penal para esclarecer o sucedido. Todo a raíz do escrito presentado polo Concello da Coruña, no que se pide que se expliquen cuestións como "por que non se informa ás autoridades sanitarias" dos positivos e "por que se viaxa" até a Galiza.
NOS_37845
A programación desta cita internacional principia esta sexta feira, 24 de setembro.
A narración oral, a través do ciclo Rúa dos Contos, abre camiño para o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) que inicia esta sexta feira, 24 de setembro, a súa XXX edición. A primeira fin de semana de espectáculos apoiarase no saber facer artístico de Alba Grande, Caxoto, Pepo Suevos, Oswaldo Digón, O'Leo Arremecaghona, The Tetas Van, Brais das Hortas e Izquierdo Sisters, nesas historias que máis se achegan ao público. Malia que o certame perdurará até o 29 de outubro, non hai tempo para que a axenda baixe de nivel pois en todo momento o público terá unha oferta amplísima e de calidade para coñecer desde o teatro máis tradicional até as novidades nas que traballan as compañías nun marco de entrada de novas linguaxes comunicativas. Ese inicio achegando á xente é chave para un "ciclo pioneiro na Galiza", pois esta iniciativa forma parte da programación estábel do FIOT desde hai vinte anos e "mantén desde entón, como un dos seus obxectivos, a recuperación e difusión da tradición oral, tan propia do país e por iso a proposta céntrase, desde hai anos, na programación de espectáculos galegos de pequeno formato". Esa confianza tamén nos novos formatos amósase ao integrar aquelas propostas que foron gañando terreo na escena galega, tales como o novo circo ou o cabaré. Aliás, o certame principia con "catro estreas absolutas" que serán levadas a carballo por Ángela Triana, Talía Teatro, Caxoto e Pallasos en Rebeldía. Outra novidade desta XXX edición será o ciclo Noites de Troula no mercado de abastos, onde actuarán cómicos como Xosé A. Touriñan (8 de outubro) e Luis Piedrahita (12 de outubro). As 'rave' e as excursións, parte da axenda En calquera caso, antes comezarán tanto as propostas en sala como o XI Ciclo Otni, ou Obxecto Teatral Non Identificado. Na primeira sesión, este sábado, Funboa Escénica amosa a súa Technocracia, para a que recupera "a esencia das festas techno ou raves". Por outra parte, a organización tamén preparou excursións nas que o festival se despraza baixo o nome Fiot en ruta, que comezará o día 28 de setembro. Este proxecto consiste en levar as representacións teatrais a zonas máis rurais ao módico prezo de 5 euros a entrada. No Centro Social de Cances actuará a compañía Berrobambán, que levará a obra A carreta fantasma. Será o día 9 de outubro ás 19 horas. O día 12, á mesma hora, Chévere se desprazará até Berdillo.
NOS_14796
A confraría de pescadores de Noia anunciou que, debido ao tardío horario da marea baixa e á imposibilidade de atrasar as poxas, o marisqueo a pé non poderá saír ao mar nin a cuarta nin a quinta feira. Unha decisión que xerou indignación no sector.
O colectivo do marisqueo a pé da confraría San Bartolomeu de Noia expresou esta terza feira a súa indignación por ter que pasar unha semana máis sen saír ao mar, unha situación que afecta ao redor de 500 persoas que se dedican a esta actividade no pósito noiés. Esta problemática vese acentuada polo feito de ser unha campaña cuxo comezo xa se viu atrasado en máis de tres semanas, nas que a toxina non permitiu o aproveitamento dos bancos marisqueiros. A presenza de toxina adía 15 días o comezo da campaña marisqueira de Noia A confraría acordou que o colectivo do marisqueo a pé non saia a recoller bivalvo na cuarta e na quinta feira aducindo dúas razóns, que a marea baixa coincide moi tarde e a imposibilidade de atrasar a poxa do produto recolecto, o que provoca que non poidan traballar en toda a semana, pois os festivos e vésperas dos mesmos xa non o poden facer. O recentemente reelixido como patrón maior, Santiago Cruz, sinalou aos medios que "os compradores negáronse a atrasar a poxa" e que se corría o "risco" de que "as capturas quedasen sen vender". Unhas declaracións coas que non concorda o presidente electo da asociación de mariscadores a pé, Francisco Pérez. En declaracións a Nós Diario, sinalou que "aínda que a lei de acuicultura permite o marisqueo até as 18 horas, nesta confraría limítase ás 16 horas precisamente por ese problema cos compradores". Seis zonas de marisqueo de bivalvo están fechadas para a extracción Porén, sinala, "podíamos ter saído esta cuarta feira ás 14.30 ou ás 15 horas sen necesidade de que a poxa se atrasase, había solucións e a confraría non quixo". "As veces que se atrasou a poxa acabaron levando todo o marisco, parece que a xunta xeral no canto de buscar solucións para os nosos problemas defende os intereses dos compradores", denuncia Pérez. "A xente pensa que esta situación é unha represalia por ter perdido as votacións no colectivo do marisqueo a pé, a candidatura do patrón gañou en armadores e mariñeiros, mais a candidatura de a pé perdeuna, eu quero pensar que non é así mais a pouca vontade de solucionar os nosos problemas é desesperante", explica o representante do marisqueo a pé. O cambio climático pon en risco os bancos interiores das rías galegas O cambio climático pon en perigo o futuro da extracción de bivalvo nas zonas interiores das rías, unhas especies que se "localizan principalmente en zonas superficiais situadas na parte interna das rías", onde o colectivo do marisqueo a pé desenvolve a súa actividade, así como nas zonas "con pouca profundidade en partes medias e externas das rías debido ao seu límite térmico inferior a 15 graos centígrados". As rías galegas están a sufrir 265 verteduras contaminantes Así se desprende do recente estudo científico publicado por persoal investigador das universidades de Vigo e Aveiro (Portugal), titulado Vai o cambio climático afectar as zonas de confort térmico das especies de bivalvo de importancia socioeconómica nas Rías Baixas? A resposta é que se espera que a extensión das áreas propicias para o bivalvo "se incremente ao longo do século XXI" para a maioría de especies, aínda que "se producirán modificacións na distribución", que podería "aumentar cara ás partes externas e intermedias das rías, mentres que na parte interna podería diminuír, caendo a produtividade dos bancos de marisco". Por iso, conclúe o estudo, "o marisqueo a pé podería ser o máis afectado".
PRAZA_7694
Os actores, actrices, dramaturg@s, director@s ou escenógraf@s, formados e formadas na Escola Superior de Arte Dramática amosarán entre o venres e o domingo as súas propostas no Auditorio municipal. E coas entradas regalaranse tapas e degustacións en varios bares e cafetarias da cidade.
Unha obra e unha tapa. Ou unha bebida e unha performance. O teatro e a gastronomía uniranse esta fin de semana en Vigo en Teatro á Feira, unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Titulado/as en Estudos Superiores de Arte Dramática. Os actores, actrices, dramaturg@s, director@s ou escenógraf@s, formados e formadas na Escola Superior de Arte Dramática amosarán entre o venres e o domingo as súas propostas no Auditorio municipal. Pero á vez coas entradas regalaranse tapas e degustacións en varios bares e cafetarias da cidade que quixeron apoiar esta iniciativa e apadriñar unha obra cada un. As entradas teñen un prezo de 6 euros. O festival inaugurarase o venres ás sete da tarde nun acto no que serán homenaxeados pola ATESAD Cándido Pazo, Carlos Alonso, Cristian de Samil, a compañía Artello Teatro a la Escala (Rosa Hurtado e Santi Montenegro) e Doro Piñeiro -en representación das compañías de teatro afeccionado de Vigo-. Programa Venres 1 de febreiro 19:00 Apertura da Festa de Teatro Emerxente 20:30 "Mambo" de EscénaTe (tódolos públicos) Sábado 2 de febreiro 12:30 "Laranxus 7" de Artefakto Teatro (infantil) 19:00 "Igual que los tuyos" de Art-Monium (maiores de 10 anos) 19:30 "Julieta Virutal" de Anómico Teatro (adultos) 20:30 "Malena llena eres de gracia" de Compañía d'As Marías (adultos) 23:00 "Improperio" de Triatreros (tódolos públicos) Domingo 3 de febreiro 12:30 "Con Moito Conto" da Fundación Igualarte (infantil) 19:00 "Hámster" de Triatreros (adultos) 20:30 Clausura da Festa de Teatro Emerxente
NOS_35212
As novas tendencias do funcionamento bancario Maximizar comisións, acaparar lucros e socializar perdas, a lóxica de negocio que trunfa. Unha mellora pasaría por enfoques máis amplos.
Un dos privilexios de escribir sobre problemáticas económicas galegas é que amigos e coñecidos achéganse a comentarche as súas preocupacións. Froito destas conversas son varias as ocasións nas que me piden que trate de explicar os excesos do sector financeiro. Así que, como non atender estas inquietudes? Mais para comprender a dinámica deste sector, cómpre facer un percorrido do acontecido nos últimos anos, desde o nivel global ao autonómico. O baixo rendemento do capital produtivo durante século XXI provocou o desvío dos investimentos cara aos sectores inmobiliario e financeiro, nos que os lucros do capital resultaban maiores. Porén, gran parte dos beneficios xerados con este tipo de investimentos proceden de movementos especulativos que implican consecuencias como a aparición de burbullas no mercado da vivenda ou, no sector produtivo, deslocalizacións da produción, despedimentos de persoal ou presión á baixa dos salarios.A irrupción da crise financeira de 2008 supuxo a aceptación global da estratexia de concentración como medio de supervivencia e crecemento dos xigantes financeiros (BlackRock, Vanguard, etc.). Porén, o crecemento financeiro sustentouse na socialización das perdas das empresas do sector (rescates bancarios) e na ocupación por parte do capital de espazos que correspondían ao ámbito público (sistemas de pensións, privatizacións na sanidade, educación…). Por se isto non fose suficiente, durante a Gran Recesión de 2008, e de forma similar ao acontecido antes do crack do 29, os bancos e as sociedades de investimento facilitaron a canalización dos fondos de pequenos aforradores cara a Bolsa. En definitiva, a lóxica da financiarización conduciu globalmente a unha banca menos orientada á actividade comercial de baixo risco (xestión do aforro, oferta de depósitos), e máis orientada a actividades en bolsa de maior volatilidade, coa conivencia e respaldo dos principais bancos centrais. A banca española Tras máis dunha década de fusións bancarias, a cota de mercado das tres principais entidades financeiras españolas (Santander, Caixabank e BBVA) pasou do 37% ao 61% nos últimos quince anos. Esta concentración supuxo o peche de máis de 40.000 oficinas e a desaparición de numerosas entidades (máis de 50 absorcións en pouco máis dunha década), tendo como consecuencia uns 100.000 despedimentos no sector desde 2009. O descenso do número de operadores implicou ademais unha redución das opcións de escolla (liberdade) dos consumidores. Desta maneira, impúxose o modelo oligopólico, caracterizado polo control do mercado por parte de moi poucas compañías. A esta estratexia de concentración uníuselle en simbiose precarizadora outra necesidade imposta polos mercados: a dixitalización. Esta redundou nos peches e recortes de persoal, sumando ademais dificultades de acceso físico aos servizos financeiros por razóns territoriais -nomeadamente na coñecida como España baleira- e de idade. A banca en Galicia Galicia non permaneceu allea á concentración e privatizacións do sector bancario. 10 anos despois da fusión das principais caixas de aforro galegas -Caixanova e Caixa Galicia, nunha operación que supuxo unhas perdas iniciais de 9.000 millóns de euros públicos-, Abanca continúa contando coa maior cantidade de oficinas na Comunidade Autónoma (39% do total), a pesar do peche de máis do 40% das oficinas do país desde 2007. As restantes entidades bancarias, que tamén apostaron polo peche de oficinas e fusións, representan un peso importante pero menor en canto á rede de oficinas no territorio: Banco Santander (17%), Caixabank-Bankia (14%) e BBVA (12%). O peche de oficinas bancarias supuxo axustes masivos de persoal e o empeoramento do servizo ofrecido aos clientes. Así, a desatención resulta inaceptable no ámbito rural. Este feito engadido á falta de formación dixital en determinadas franxas de idade conforma un cóctel que discrimina a unha porcentaxe moi elevada da poboación, máxime nun territorio caracterizado por un incipiente envellecemento da poboación. Mentres tanto, entidades como Abanca presentan aumentos de lucros próximos ao 50%. Maximizar comisións, acaparar lucros e socializar perdas, velaí a lóxica de negocio que trunfa. Neste escenario de abuso, a réplica non pasaría unicamente por enfocar os esforzos na existencia dunha banca pública, xa que esta non sería suficiente para recuperar o terreo perdido nos dereitos de empregados e consumidores. Unha mellora máis fonda fronte a este oligopolio pasaría por enfoques máis amplos, por exemplo a través dunha regulación de mínimos máis exixente para o sector e de maior control do seu cumprimento, de incentivos ao investimento produtivo e desincentivos ao exceso de investimento financeiro, do apoio a cooperativas de crédito e outras fórmulas máis sostibles, de dar entrada a novas entidades no sector e, por suposto, promovendo a tan necesaria educación financeira da poboación.
NOS_49734
Animan a continuar coa alta participación do boicot en cursos anteriores, que superou 80% nalgunhas convocatorias.
Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGEDEP) presentaron esta segunda feira a campaña de boicot contra as reválidas, denominadas oficialmente como "avaliacións individuais e finais", que "unilateralmente", denuncian, impón o PP na LOMCE. O alto rexeitamento social - concretado nestes cinco anos en manifestacións, boicots, recollidas de sinatuas…- obrigaron o goberno a recuar e non poder consolidar o carácter académico e vinculante das reválidas para a titulación, sostén a Plataforma. Porén, engaden, existe o risco de que esa decisión do goberno non sexa definitiva, polo que cómpre manter a mobilización, contra as reválidas e contra a Lomce. A publicación no DOG das ordes que regulan as reválidas coincide este curso coa aplicación das probas Pisa nun número indeterminado de centros escolares galegos que, como no caso das probas externas de 6º de Primaria e 4º da ESO, "a Consellaría ocúltalle á comunidade educativa, como unha mostra máis do escurantismo e a falta de transparencia coa que actúa o goberno galego". O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, destacou que "ambas probas, PISA e reválidas, responden ao mesmo interese de introducir elementos de control académico e curricular por parte dos gobernos que obedecen fielmente os mandatos de organizacións sen control democrático como a OCDE e os grandes lobbys editoriais e do mundo das empresas privadas do ámbito educativo". Bermello fixo especial fincapé no éxito das campañas de boicot nos últimos cursos, chegando a que máis de 80% das familias non enviaran os seus fillos e fillas aos centros nos días nos que se desenvolveron as probas de Primaria e conseguindo finalmente que a proba de 4º da ESO non tivera valor académico. En representación das ANPAS, Xosé Bustelo informou da intención das asociacións de nais e pais de oporse de novo ás reválidas. A reválida en 3º de primaria, fixada para os días 23 e 24 de maio, terá carácter censual polo que estaría chamado a facelo todo o estudando deste nivel. No caso das avaliacións finais de Primaria e a ESO, nos días 29 e 30 de maio, terán un carácter mostral e neste momento descoñécese o número de centros propostos así como os supostos criterios para seleccionalos, exactamente igual que coas probas PISA.
NOS_8897
Castelao: de chumbo a verba narra a historia dun alumno a facer un traballo sobre Castelao. Con forma de documentario ficcionado, achégase á vida do intelectual e líder do Partido Galeguista e facilita o acceso ao seu pensamento e obra. Esta sexta feira, 25 de xaneiro, proxectarase ás 20.30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.
Após o suceso da súa presentación o pasado 20 de maio, cando encheu o Pazo da Cultura de Pontevedra, o filme de Miguel López verase en "restrea oficial". A historia de Xavi, intepretado por Iago Novoa, e a súa mestra, a actriz Uxía Blanco, á procura de Castelao -Miguel Pernas- fai unha viaxe entre realidade e fantasía mentres percorre lugares significativos da Pontevedra de Castelao. "Non se pode imaxinar Castelao sen Pontevedra e a Pontevedra sen Castelao", explica o cineasta Miguel López. O filme inspírase no libro Roteiro Castelao, un proxecto do concello pontevedrés publicado no ano 2000 e que trata a cidade seguindo a pegada do escritor. A cinta remata en 1936, xunto antes do golpe fascista de Franco e o exilio do líder nacionalista. "Eu comezaba no audiovisual e foi cando pensei en levalo adiante. Quería un proxecto didáctico que os nenos entendesen", explica. Para o director, é un erro focar sempre cuestións ou personaxes de tipo histórico cara un público adulto e insiste na facilidade para comprender e gozar da película "teñas a idade que teñas". O filme, preseleccionado para os premios Mestre Mateo, participará tamén no Festival Internacional de Cine Documental de Tui. Amais, visitará os centros galegos das principais cidades españolas e está prevista a súa presentación no Centro Galego de Bos Aires.
NOS_407
A ministra de Traballo e vicepresidenta segunda confía en chegar a un acordo con sindicatos e patronal sobre a reforma laboral
"A reforma laboral tecnicamente non se pode derrogar. Unha cousa é o fetiche político e outra o que imos facer". Así se pronunciou esta quinta feira a vicepresidenta segunda ministra de Traballo, Yolanda Díaz, durante a clausura da Asemblea da Revolución Uxetista da UXT, na que insistiu en que "derrogar a reforma laboral non é ningún slogan" e se amosou "convencida" de que se vai a alcanzar o acordo entre o Goberno estatal, os sindicatos e a patronal a este respecto. Esta cuarta feira, a vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, afirmara que leva tres anos e medio "tentando fuxir de debates estériles" e de "slogans" en relación coa palabra 'derrogar' referida á reforma laboral, e afirmou que os cidadáns "merecen algo máis", como mirar ao futuro e construír un mercado laboral que resolva os problemas do pasado. Nesta liña, Díaz recoñeceu que será "moi difícil", pero conseguirase un "equilibrio entre representación sindical e patronal". Iso levará tamén a "cumprir co acordo de Goberno", como apuntou a ministra. "Será moi difícil, pero conseguirase un equilibrio entre representación sindical e patronal", afirmou Díaz. Un dos obxectivos da futura reforma laboral é "romper o círculo vicioso da precariedade", que resulta "inxusta e cruel" para os traballadores. "Tampouco é eficaz en termos económicos. Traballos precarios implica empresas precarias, un tecido económico precario e, en definitiva, un país precario. Sobre a precariedade non se constrúe nada. Necesitamos traballo decente para ter un país decente", subliñou a ministra durante a súa intervención. Antes de participar no acto, Díaz volveu pedir discreción para que a mesa de diálogo social poida avanzar.
NOS_37935
Intensas negociacións entre o PSdeG e o PSOE sobre as primarias que Pachi Vázquez quer impulsar e os estatutos do partido non contemplan (só están previstas as primarias para a escolla d@s candidat@s aos procesos eleitorais, non d@s secretarios xerais).
Fontes próximas a Pachi Vázquez apuntaban onte que o conflito entre as direccións do PSdeG e do PSOE está "claramente interferido" polo cisma habido esta semana no grupo parlamentar socialista no Congreso entre a dirección de Rubalcaba e o PSC. "Se non for por Catalunya, non habería problema e daríannos luz verde", indican esas fontes en conversas con Sermos Galiza. A proposta de Pachi Vázquez é facer unha consulta á militancia en Xuño, de carácter consultivo. Logo celebrar o Congreso en Xullo, xa con delegad@s. Serían estes formalmente os que elixirían @ nov@ secretario xeral. É evidente que se limitarían a refrendar a decisión da militancia. Ferraz ameaza con impugnar este procedimento, por ser anti-estatutario. Propón, en troca, que @s delegad@s sexan eleitos entre a militancia cun mandato claro sobre que candidat@ irían elexer posteriormente no Congreso como secretari@ xeral. Isto sería moi distinto a unhas primarias. As negociacións, que estaba previsto se demorasen até pouco antes de comezar o Comité Nacional previsto para esta mañá (10 horas), lévanas os respectivos secretarios de Organización, Pablo García (PSdeG) e Óscar López (PSOE). Besteiro, Caamaño, Blanco... A esta altura, con José Ramón Besteiro como candidato xa proclamado, a dúbida está en se Francisco Caamaño dará o paso de concorrer á secretaria xeral. O ex ministro de Fomento perde opcións por momento, dado que o seu caso xudicial se complica. Porén, fontes próximas a el afirman que o que hai contra el ten cada día menos forza. "Todo o que hai contra el é unha chamada telefónica a un alcalde. Que faga iso un ministro é o máis normal do mundo", alegan.
NOS_9501
O IPC de setembro ficou en 9% a nivel estatal, o que representa un punto e medio menos que o dato de agosto.
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) diminuíu a nivel estatal seis décimas en setembro en relación ao mes anterior e recortou de golpe a súa taxa interanual 1,5 puntos, até 9%, baixando dos dous díxitos após encadear tres meses consecutivos por riba de 10%, segundo os datos avanzados esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que publicará os rexistros ratificados o 14 de outubro. Así, a falta da confirmación definitiva, o dato de setembro é 1,8 puntos inferior ao pico alcanzado o pasado mes de xullo, cando o IPC ficou en 10,8%, o seu nivel máis alto desde setembro de 1984. Na Galiza a suba foi máis acusada nese mes: 11,5%. Con esta moderación de 1,5 puntos, a inflación suma dous meses consecutivos de descensos na súa taxa interanual logo de que en agosto baixase tres décimas, até 10,5% —11% no caso galego—. A inflación ascendeu en agosto na Galiza até 11%, medio punto porcentual máis que a media estatal Segundo o INE, a moderación do IPC interanual a 9% débese, principalmente, á baixada dos prezos da electricidade e, en menor medida, ao abaratamento dos carburantes e do transporte. En termos mensuais —setembro sobre agosto—, o IPC rexistrou un descenso de seis décimas, o seu maior retroceso mensual desde xullo de 2021, cando baixou oito décimas. A inflación subxacente, en 6,2% O INE incorpora no avance de datos do IPC unha estimación da inflación subxacente —sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos—, que minguou en setembro dúas décimas, até 6,2%, situándose case tres puntos por baixo do IPC xeral. É o primeiro descenso que rexistra a inflación subxacente tras catorce meses consecutivos de ascensos, que levaron a este indicador para alcanzar o mes pasado o seu nivel máis alto desde xaneiro de 1993 (6,4%). No noveno mes de 2022, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCH) situou a súa taxa interanual en 9,3%, máis dun punto por baixo da rexistrada no mes anterior. Pola súa parte, a variación mensual estimada do IPCH foi de 0,0%.
NOS_55511
A dose será inferior á utilizada en persoas de 12 anos ou máis.
O Comité de Medicamentos de Uso Humano (CHMP, polas súas siglas en inglés) da Axencia Europea do Medicamento ( EMA, polas súas siglas en inglés) decidiu, nunha reunión extraordinaria celebrada esta quinta feira, dar o visto e prace á vacina de Pfizer contra a Covid-19 en nenos de 5 a 11 anos. Segundo informa nun comunicado, a dose será inferior á utilizada en persoas de 12 anos ou máis (10 ug fronte a 30 ug), e do mesmo modo que no grupo de maior idade, adminístrase en dúas inxeccións nos músculos da parte superior do brazo, con tres semanas de diferenza. Esta decisión prodúcese no medio dun gran aumento de casos de Covid-19 en toda Europa, principalmente pola escasa cobertura de vacinación nalgúns países e porque o colectivo de menores de 11 anos aínda non puido recibir a vacina. No Estado español os menores de 11 anos son os que acumulan unha maior incidencia acumulada a 14 días por 100.000 habitantes, con 203,57 No Estado español, de feito, os menores de 11 anos son os que acumulan unha maior incidencia acumulada a 14 días por 100.000 habitantes, con 203,57, segundo os datos do Ministerio de Sanidade publicados esta cuarta feira, moi por diante do seguinte grupo, as persoas entre 40 e 49 anos, que se sitúan en 155,91. A vacina de Pfizer está autorizada en nenos de 5 a 11 anos en Estados Unidos desde hai case un mes. De acordo cos datos publicados pola Administración de Alimentos e Medicamentos de Estados Unidos (FDA, polas súas siglas en inglés), a vacina tivo un 90,7 % de efectividade na prevención da Covid-19 neste grupo etario. Así mesmo, a seguridade da vacina estudouse en aproximadamente 3.100 nenos de 5 a 11 anos que recibiron a vacina e non se detectaron efectos secundarios graves nun ensaio clínico que aínda segue en curso que inscribiu aproximadamente a 4.700 nenos de 5 a 11 anos. O estudo leva a cabo no Estado español -coa participación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), Estados Unidos, Finlandia e Polonia.
NOS_54392
A suba do prezo da luz mandou no debate parlamentario na Cámara galega. A sesión decorrida onte comezou coa discusión dunha iniciativa do BNG onde os nacionalistas reclamaron un novo modelo enerxético e a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega. Os votos de PP e PSOE uníronse para tombar a proposta.
A factura eléctrica acumula alzas de 353% no último ano. Porén, o Operador do Mercado Eléctrico Ibérico (OMIE) adianta incrementos para os vindeiros días e asume un aumento continuado no prezo da electricidade até finais de 2022 ou comezos de 2023. Neste sentido, as medidas anunciadas na noite da segunda feira polo presidente do Executivo do Estado, Pedro Sánchez dan conta do alcance do problema para particulares e negocios e avanzan un escenario moi complicado no social e no económico. A este respecto, a maior parte das persoas expertas dubidan da eficacia destas medidas e demandan alternativas estruturais A proposta do BNG de impulsar unha reforma do sector eléctrico desde a Galiza, co obxectivo de rebaixar o prezo da luz e aproveitar as potencialidades dos territorios produtores de electricidade deberá agardar. Nun debate en que estiveron ausentes a totalidade dos membros do Goberno galego, PP e do PSdeG-PSOE rexeitaron unha iniciativa situada na liña das alternativas formuladas nas últimas semanas polo presidente socialista de Aragón, Javier Lambán, e o mandatario popular de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco. A voceira do BNG, Ana Pontón, argumentou a súa proposta sinalando que "é preciso tomar medidas máis ambiciosas que supoñan unha rebaixa real da factura final a través dun recorte nas peaxes para os territorios produtores" e denunciando "un marco normativo que pon por riba o lucro das eléctricas ás necesidades das persoas". "Que clase de democracia é esta que permite ás eléctricas especular desa maneira co prezo da luz", preguntouse Pontón, quen lembrou que "a Galiza é rica en electricidade pero non se beneficia diso". Unha tarifa eléctrica para os territorios produtores A dirixente nacionalista salientou que "a xeración eléctrica leva aparellados elevados custos sociais e medioambientais que a lexislación debe compensar" e apostou por "unha fixación do prezo asociada á situación de territorio excedentario ou deficitario, de xeito que nos territorios excedentarios este feito repercuta positivamente mediante unha tarifa eléctrica máis reducida". Ao tempo, apostou por "unha tarifa industrial estábel para as grandes industrias electrointensivas, de grande importancia no noso país, e que non poden seguir dependendo dun sistema con tantas incertezas e riscos". O parlamentario socialista Martín Seco cuestionou os argumentos de Pontón e defendeu as medidas do Executivo de Pedro Sánchez para rebaixar o prezo da luz. Seco chamou o BNG "a deixarse de mantras soberanistas", cualificou de "históricas" as "rebaixas na factura eléctrica" promovidas polo Goberno do Estado e amosouse convencido dos seus beneficios nun prazo "de varios anos". Nesta liña afirmou o compromiso da súa formación por "seguir incidindo na tarifa e no respecto polo medio ambiente", "facer as modificación estruturais a curto prazo para que o prezo da luz non siga subindo" e "evitar a pobreza enerxética". A deputada popular Marta Nóvoa afirmou partillar con Pontón "a súa preocupación pola suba da luz" pero desmarcouse da alternativa dos nacionalistas, "unha proposta rupturista, que xa foi rexeitada por diferentes expertos e que sería nefasta para a Galiza". "A tarifa eléctrica galega é nefasta", continuou Nóvoa, quen afeou ao BNG a súa proposta dun operador público no sistema eléctrico e a "tentativa de culpar Feixoo da suba da luz". A parlamentaria fixo unha defensa das compañías eléctricas, destacando "os beneficios que deixan nos territorios os encoros e os parques eólicos a través dos tributos que pagan" e culpou o Goberno de Sánchez do incremento do recibo da luz.
NOS_15978
O deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, representou hoxe a Pontevedra na reunión telemática da Xunta Directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta (RCxB), da que a Deputación é xa membro de pleno dereito.
No encontro en liña afrontáronse temas de traballo para os próximos meses e reflexionouse arredor da mobilidade en bicicleta como un dos eixos de transformación urbana da última década, nun contexto global de emerxencia climática e de crise de calidade do aire nas cidades. Nesta liña, insistiuse en que a situación de excepcionalidade vinculada á Covid-19 supuxo un revulsivo para a bicicleta como alternativa de mobilidade. "Co referente dalgunhas actuacións realizadas en diversas metrópoles europeas e do resto do mundo, xeráronse nas nosas cidades múltiples intervencións en diferentes ámbitos", subliñan dende a rede, para engadir que o "obxectivo é o de mellorar as condicións para a mobilidade en bicicleta, que se mostrou como unha das alternativas máis seguras para evitar a propagación da Covid-19" As alegacións da RCxB á Lei de Mobilidade Sostíbel e Financiamento do Transporte foi outro dos temas que estivo enriba da mesa na xuntanza. Os traballos de finalización do Observatorio da Bicicleta 2020 que se presentará o día 11 de decembro na Asemblea Xeral, as novidades do BiciRexistro e a súa implantación en tendas de todo o país ou os Premios Bikefriendly 2021, que xa están en marcha, tamén foron asuntos que se abordaron en liña. O encontro non quixo deixar tampouco de lado cuestións como o Mapa de entidades ciclistas, a proposta formativa de Factoría de Ciclistas, a enquisa da Zikloteka e o Embaixador da Bicicleta 2020. Neste encontro telemático, canda a Pontevedra, incorporábase á Xunta directiva, tamén como membro de pleno dereito, a Deputación de Bizkaia.
NOS_5319
O instituto Félix Muriel forma parte do proxecto 'Estudos e investigacións sobre o Cambio Climático na UE' con outros dous centros de Irlanda e Croacia, unha iniciativa da Fundación Antón Losada Diéguez para xerar innovación nos procesos educativos
Dende hai uns días, o IES Félix Muriel de Rianxo conta coa presenza de estudantes de dous centros de Irlanda e Croacia, unha visita enmarcada no proxecto 'Estudos e investigacións sobre o Cambio Climático na UE'. Posto en marcha pola Fundación Antón Losada Diéguez, centra o seu ámbito de acción no estudo das especies en perigo de extinción nos tres países participantes. A idea xorde de Miguel Losada, neto de Antón Losada Diéguez e avogado residente en Irlanda. Como el mesmo sinala, "a Fundación está tratando de darlle contido á Xeración Nós a través do ámbito educativo, con proxectos erasmus para promocionar a cultura galega no estranxeiro". Deste xeito, centrouse a cuestión no cambio climático e contactouse coa Sociedade Galega de Historia Natural, que concretou a temática e a biodiversidade a estudar, así como a idoneidade de contar cun centro galego situado na costa. Pola súa abundancia de especies ornitolóxicas e mariñas, así como a proximidade coa montaña, Rianxo reunía todas as características para o desenvolvemento do programa. Ademais do instituto rianxeiro, están inmersos na iniciativa o irlandés Galway Community College e o croata Hrvatska Gimnazija de Rijeka. A estrutura de coordinación é similar nos tres centros: para abordar o estudo, cada un conta co asesoramento dun grupo naturista, que dará a coñecer na súa respectiva publicación unhas fichas nas que se describe a cada unha das 27 especies seleccionadas, as problemáticas que sofren e unha acción innovadora para a súa conservación. Todo ilo elaborado polo alumnado participante, un total de 135 estudantes (15 por país e curso nos 3 anos que dura o proxecto). No caso galego, o traballo está recollido na revista Paspallás da Sociedade Galega de Historia Natural, presentada a pasada quarta-feria no Félix Muriel. Aínda que tiña que ter comezado no 2020, a pandemia impediu que se puidese celebrar no pasado curso académico. Neste período, Rianxo foi a vila que acolleu a primeira das tres viaxes do alumnado, que chegou á Galiza o pasado sábado. Contando co apoio do Concello para a realización de actividades, visitaron A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra. Ademais, tiveron a ocasión de facer unha observación de paxaros na praia da Torre e participaron no magosto preparado polo centro. O seu director, Ramón Veiga, comentaba que "tamén é importante que coñezan a nosa cultura, ao final funciona como un intercambio calquera". Por outra banda, Veiga tamén destacou o programa como unha vía de interese para coñecer outros sistemas educativos e ver novas alternativas. "O centro irlandés, por exemplo, está máis orientado á formación profesional e á recuperación de alumnado en dificultades e con necesidades educativas, unha cuestión que temos presente aquí, pero quizais non tanto na súa dimensión", apuntaba. Un proxecto con futuro Pouco a pouco e a pesar das dificultades de interacción entre o alumnado nun principio, a investigación vai collendo forma e dando paso á outra parte do programa, que consiste na gravación dun documental audiovisual. Así, desprazaranse ata unha praia para pintar na area o nome das especies estudadas nos 4 idiomas e gravalo con drons, recalcando tamén na peza un sentimento de unión no respecto polo medio ambiente. O seguinte paso a dar será a elaboración do traballo de xeito colaborativo e simultáneo entre os centros, xa que, ata o de agora, encargábanse de analizar as súas 27 especies separadamente. O alumnado galego, que comezou coa elaboración das fichas no pasado curso e que agora se atopa en 1º de Bacharelato, viaxará a Croacia a mediados de maio e a Irlanda en abril, aínda que non hai unha data pechada. Ao final da experiencia, que remata no 2023, teranse estudado unhas 243 especies en perigo de extinción. Porén, tanto a Fundación como o centro están a traballar para darlle continuidade á iniciativa a través dun novo proxecto, que se estenderá ata o 2027. Relacionado tamén co cambio climático, a idea -aínda a desenvolver- centrarase na oceanoloxía e no quecemento global dos mares, participando nesta ocasión un escola e unha ONG de Nuuk (Groenlandia), a onde tamén viaxarán os estudantes.
NOS_29564
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de ditar unha sentenza contra a Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) por vulnerar o dereito a folga durante o 8 de marzo deste ano. A CUT foi a central sindical que interpuxo a demanda.
"Declaramos vulnerado o dereito a folga da CUT como central convocante da folga xeral de 24 horas en Galiza", di o primeiro punto das conclusións xudiciais, "ao minorizar a empresa o efecto da folga mediante a substiución dunha traballadora folguista". Foi o caso do programa Galicia Noticias Mediodía, cuxa presentadora secundou a convocatoria feminista pero foi substituída por un traballador. Na argumentación da sentenza, a Sala do Social do tribunal afirma que a emisión do programa "supuxo a substitución da traballadora folguista e coa redución da consecuente presión que o sindicaro CUT, único convocante de 24 horas en Galiza, pretendía realizar no exercicio lexítimo dun dereito constitucional". "O referido programa", continúa o documento, "é un dos de máis audiencia da TVG, e a súa emisión está, na súa maioría, fóra da franxa horaria de paros parciais convocados por outros sindicatos, e a súa cara visíbel é unha traballadora muller, e non un varón. Do que se trataba en definitiva, como sinala o sindicato demandante, era visibilizar a consecuencia da ausencia das mulleres traballadoras nos seus postos de traballo, consecuencias que non son visíbeis se a ausencia de dita traballadora fémina é suplida por un traballador varón". Segundo a Central Unitaria de Traballadores, que deberá ser indemnizada polo ente público por 15.625 euros, a sentenza "estabelece un criterio xurídico innovador. Por primeira vez un tribunal maniféstase sobre as folgas feministas do 8 de marzo". O TSXG declara ademais, nun ditame contra o que cabe recurso de casación no Tribunal Supremo, "nula a decisión empresarial de substituír a traballadora e manter a emisión do programa Galicia Noticias Mediodía". Seguimento do 80% A CUT, na nota de prensa que comunica a sentenza xudicial, lembra que a CRTVG "foi unha das empresas de Galiza nas que se obtivo maior seguimento [da folga feminista], arredor do 80%, dando as traballadoras do ente público unha mensaxe de dignidade ao conxunto da poboación". A Secretaría de Mulleres do mencionado sindicato "manifesta a súa satisfacción por esta vitoria de todas" e "agradece especialmente o papel das valentes traballadoras da CRTVG".
PRAZA_1355
A deputada galega Carmela Silva rexistra unha pregunta para que o Goberno aclare se cambiará a lei electoral xa para as xerais, tal e como prometera Feijóo en Arxentina hai uns meses. O Executivo de Zapatero acordara a reforma co PP en 2011.
Prometeuno Feijóo na campaña andaluza en América e exíxeo agora o PSOE. O grupo socialista aproveitará a vindeira sesión de control ao Goberno no Congreso para reclamar de novo a supresión do voto rogado na emigración. A eliminación dun sistema que, precisamente, fora implantado polo último goberno de Zapatero logo dun acordo co PP e co apoio de BNG, CiU e PNV en 2011. Agora, os dous grandes partidos póñense de acordo para dar marcha atrás nunha reforma electoral que vetou a participación da diáspora nos comicios locais e que, basicamente, buscaba evitar as continuas fraudes denunciadas no exterior en cada unha das eleccións. A deputada galega Carmela Silva rexistra unha pregunta para que o Goberno aclare se elimitará o voto rogado xa de cara ás xerais Foi a deputada galega do PSOE Carmela Silva quen xa rexistrou xa unha pregunta no Congreso para que o ministro do Interior, Jorge Fernánez Díaz, aclare á Cámara o vindeiro mércores se ten a intención de suprimir o voto rogado para as xerais de finais de ano. Non debera haber problema de cumprírense as promesas de Feijóo, que en Arxentina xa dixo hai tan só uns meses que o obxectivo é que o Congreso aprobe a nova lei electoral nos vindeiros meses para "poder exercer xa o dereito a voto directo en consultados, embaixadas e centros da colectividade nas próximas eleccións xerais". Sería coas garantías legais e co voto presencial que nunca se puxera en marcha aínda malia as continuas denuncias por manipulación ou mesmo os votos de persoas falecidas. A reforma da lei electoral de hai catro anos tivo dúas consecuencias: a emigración deixaba de participar nas eleccións municipais, as consideradas máis próximas á cidadanía e, sobre todo, implantábase o voto rogado, isto é, para participar nos comicios dende o exterior habería que solicitalo antes, ao xeito do voto por correo ordinario. O resultado foi o previsto e o contrario ao que agardaban PP e PSOE: as persoas inscritas no CERA (Censo de Españois Residentes Ausentes) deixaron de recibir as papeletas de votación automaticamente na súa casa, pedírano ou non e sen comprobación previa de se seguían vivas. E a participación caeu en picado. A reforma da lei electoral vetara o voto emigrante nas municipais e implantou o voto rogado; a participación caeu en picado A necesidade de solicitar o voto cambiaba a práctica habitual levada a cabo por milleiros de emigrantes ou descendentes de galegos (e españois) inscritos no CERA desde hai décadas, que lanzaron duras críticas. Unha situación que nada ten que ver co caso da maioría de emigrantes novos e recentes que por mor da crise abandonaron España. Son residentes temporais enunciaron as dificultades para poder votar nos comicios municipais, vetados para os integrantes do CERA, logo de apuntárense como transeúntes nos consulados e non ter recibido a documentación necesaria. As denuncias dos mozos emigrantes, e residentes temporais, polas dificultades para votar nas municipais nada teñen que ver co CERA En Galicia o CERA non se abriu neste 24M no que só houbo municipais, pero a participación dos emigrantes nos últimos comicios foi en picado. Nas xerais de 2011, a circunscrición galega con máis participación do exterior, Lugo, apenas pasou do 5%, na Coruña subiu levemento do 4% e en Ourense e Pontevedra ficou en algo máis do 3%. Nas eleccións autonómicas de 2012 a tendencia mantívose e a abstención do CERA roldou o 96%. Nas autonómicas de 2009, non obstante, participara o 30,3% da emigración fronte ao 3,2% das de 2012. Nas europeas deste 2014 a participación non chegou nin ao 2%. Ademais, nos últimos comicios autonómicos do 24M en varias comunidades nas que si podía votar o CERA, tan só solicitou o voto rogado o 5% dos que tiñan dereito a facelo. E Podemos acabou facéndose coa vitoria entre a diáspora en varias comunidades autónomas, entre elas Madrid. Agora o PSOE forza a máquina para acabar con este sistema, logo de que todos os intentos dos últimos anos foran rexeitados. En outubro de 2013, o PP rexeitou unha iniciativa socialista alegando que o actual modelo era o que mellor evitaba a fraude. Non obstante, en marzo de 2014, o grupo popular si admitiu a trámite unha proposta de reforma electoral que chegou desde o Parlamento galego. Era de 2008, pero aquela iniciativa que pretendía estender o voto en urna entre o CERA serviu de punto de apoio para darlle a volta á situación e pórlle fin ao sufraxio rogado. Os antecedentes que permitiron numerosas irregularidades e a ausencia de garantías provocaron as críticas e dúbidas do BNG que, xunto con outras formacións, censurou o cambio de criterio dos dous grandes partidos xusto despois de que comprobasen a baixada na participación e de apoios na diáspora. A historia volve repetirse.
NOS_943
Dous incendios de considerábel extensión afectan este domingo a zonas do interior, en concreto en Lobeira e en Chandrexa de Queixa. Polo momento son 45 hectáreas as ardidas.
O de Lobeira quedou controlado á unha do mediodía e levou por diante 25 hectáreas de monte raso, segundo a información proporcionada pola Consellaría de Medio Rural. A superficie queimada pertence ao parque natural do Xurés. Na tarde do domingo traballaben nel tres axentes, oito brigadas, seis motobombas e un helicóptero. O outro lume declarouse en Chandrexa de Queixa, na parroquia de Fitoiro, sobre as doce do mediodía. Queimou máis de 20 hectáreas e no control e extinción do mesmo traballan dous axentes, oito brigadas, dúas motobombas e catro helicópteros. Todos os datos son da Xunta de Galiza, que non ofrece información dos incendios de menos de 20 hectáreas a non ser que poñan en perigo lugarees habitados ou protexidos.
PRAZA_12171
A día de hoxe o tempo que se empregue en manter unha unión artificial é tempo perdido, tempo que non se empregará en construir un novo instrumento político que represente a esa enorme parte da sociedade galega orfa dunha forza de esquerdas e nacionalista cos pes ben asentados na realidade e que saiba que é un instrumento ao servizo da sociedade e non un fin en si mesma. E o tempo é hoxe un ben moi escaso.
En Zagreb, subindo polas escaleiras que desde a rúa Tomiceza te levan ata a parte alta da cidade vella, moi perto da Torre de Lotrsak, existe un pequeno museo que visitei hai uns poucos meses: o Musem of Broken Relationships, o museo das rupturas, de recente apertura. Cando o vin na guía a miña primeira idea foi que o que me ia atopar sería unha narración do conflictivo e cruento proceso, en versión croata, polo cal o que un día coñecimos como Iugoslavía deu lugar a sete repúblicas independentes, nun periodo que se alongou por mais de década e media e que ainda hoxe non está totalmente rematado. Nada mais entrar no museo percateime que o que me agardaba era algo totalmente diferente. Pasei percorrendo as instalacións moito máis dunha hora e ao sair non podía menos que pensar que o que vin, e que en moitas ocasións fixo que o sorriso viñera aos meus beizos, ven podía ser parte da miña propia experiencia persoal ou a de persoas moi cercanas. O Museo das Rupturas fálanos das rupturas "do corazón", das separacións, dos divorcios, das desaparicións nas nosas vidas, por alonxamento, das persoas coas que nun momento da nosa persoal historia mantivemos unha relación sentimental, mais ou menos longa. O museo recolle cartas, fotos, relatos, obxectos da vida cotidian, agasallos de voda, mostras de amor que foron mais fugaces do prometido, libros nunca devoltos, discos rotos, roupa, obxectos que quedaron esquecidos en armarios, caixóns… O museo recolle perfectamente o que supón unha ruptura nunha relación de tempo: o medo, a inseguridade, a sorpresa, a tristeza, a desesperanza, o malestar..., ou pola contra a sensación de liberación, o desexo doutro futuro…, e o museo tamén recolle a sensación de derrota, a incredulidade ante a realidade, o esforzo por que a ruptura non se produza… Seguramente cada un de nos podería aportar a súa propia experiencia, a sensación de cando nunha relación a outra parte decide que esa vida en común, eses proxectos partillados, non teñen futuro, non son o que se desexa. Seguramente moitos de nos temos pasado por esas semanas nas que un pensa que pode evitar o inevitable, que pode voltar a recuperar o que unha vez existiu…, pero non , os sentimentos pasados poucas veces volta e chega un día no que a realidade nos obriga a ser conscientes diso. Hoxe no contido do Museum of Broken Relationships talvez poidamos atopar unha metáfora do que no corazón de moitos militantes e afiliados ao BNG está sucedendo. Refírome desde logo a aqueles militantes e afiliados que na pasada asemblea nacional viron como as suas propostas non prosperaban e a maioría da organización optaba por unha alternativa que difícilmente merece tal nome. Durante moitos anos o BNG, sobre todo a partir do Proxecto Común, foi a casa que deu acollida á esquerda, e ao centro-esquerda, nacionalista en Galicia, con moitas imperfeccións como calquera organización, pero dando resposta a moitas das necesidades da sociedade galega en canto á representación política institucional, e mantendo un equilibro ente as distintas formas de entender a propia alternativa. A asemblea de Amio ten sido o punto final dun devir do BNG que comenzou a noite do 1 de marzo de 2009: a derrota do BNG institucional, a derrota do que se veu a denominar "quintanismo", chivo expiatorio tanto dos propios erros como dos alleos, foi o detonante dunha política de castigo por parte da corrente comunista que acadou o seu climax coa elección de cabezas de lista na maioría das cidades galegas, e os consecuentes nefastos resultados, para os que, por outra banda xa se tiña preparado o argumentario exculpatorio. A corrente maioritaria ten dito nestes pasados tres anos, por activa e por pasiva que sos están mellor, que os que non comulga coas súas ideas, ou que non está dispostos a someterse ás súas decisións, non teñen lugar na organización que un día constitueuse como un lugar común. Somos o "unto" do que a organización ten que liberarse, tal e como expresou, de xeito tan cutre como gráfico, un dos seus moitos ideólogos. Pero existe desazón. Son décadas de vida, política, en común e custa imaxinarse nunha organización sen os que ata o momento foron compañeiros e compañeiras. Igual que na vida persoal moitas veces custa imaxinar a vida sen aquela, sen aquel, que foi parella durante longos anos. Pero a vida e a realidade política é así. Chega un momento no que hai que decatarse de que a convivencia non é posible, que a evolución, as metas, dun e doutro, dunha e doutra corrente se falamos da organización política, son tan diferentes que é imposible vivir baixo un mesmo teito, que é mellor que cada un procure facer camiño pola súa conta. Hoxe os que foron minoría hai unhas semanas poderían ceder, tal e como alentan algunhas voces das que se agardaba maior dignidade, e agardar que as peticións de clemencia atopen eco… ata dentro duns meses, cando a maioría, xa reforzada, volte a impoñer os seus criterios, as súas persoas e as súas formas, e só procuren da outra parte cando conveña aparentar pluralidade. Así unha e outra vez, unha e outra vez… ata posiblemente a nada. A día de hoxe o tempo que se empregue en manter unha unión artificial é tempo perdido, tempo que non se empregará en construir un novo instrumento político que represente a esa enorme parte da sociedade galega orfa dunha forza de esquerdas e nacionalista cos pes ben asentados na realidade e que saiba que é un instrumento ao servizo da sociedade e non un fin en si mesma. E o tempo é hoxe un ben moi escaso.
NOS_47062
Quer López quer Reigosa foron os candidatos máis votados en todos e cada un dos sectores da comunidade universitaria: estudantes, profesores doutores, persoal docente e investigador e PAS.
Antonio López -catedrático de Dereito Financeiro- obtivo unha vitoria incontestábel na USC ao conseguir por volta de 60 por cento do voto ponderado. A súa lista -"Xa-", impúxose á defendida polo até agora actual reitor, Juan Viaño. O seu triunfo foi especialmente claro no voto estudiantil: tres de cada catro alumnas e alumnos decantáronse pola súa opción. Contodo, a baixa participación marcou a xornada -apenas emitiron o sue voto 20 por cento das 27.000 persoas chamadas ás urnas. Na Uvigo, a percentaxe obtida polo catedrático de Fisioloxía Vexetal Manuel Reigosa, 58 por cento, foi lixeiramente inferior á de Antonio López. Contodo, tampouco deu ningunha opción ao seu rival, Emilio Fernández. A participación do censo eleitoral -20.200 persoas- roldou o 20 por cento, un resultado xemelgo ao da USC. Manuel Reigosa, na imaxe que acompaña estas liñas.
PRAZA_6640
Philip Roth comunicou este ano o abandono da escrita. Sabedores da súa espartana organización, da dedicación plena e absoluta á Literatura como oficio, das interminábeis xornadas de traballo, é doado entender que aos seus 90 anos resolva pousar a pluma. Outra cousa é que o vexamos quen a deixar de plasmar por escrito o que ve.
A obra de Philip Roth é a constatación de que para un escritor, a vida vivida devén irrelevante fronte á literaria. A existencia do autor, afincada na normalidade e en grande medida vinculada a unha mesa de escritorio, nunca atinxirá a quinta parte das vivencias dos insólitos e convulsos personaxes que creou: Portnoy, Zuckerman, Shylock, Silk, Kepesh,... A obra de Philip Roth é a constatación de que para un escritor, a vida vivida devén irrelevante fronte á literaria A construción da obra monumental – en dimensión e profundidade – do de Newark constitúe unha panorámica da transformación da sociedade norteamericana nos últimos cen anos, vivida de xeito directo ou indirecto, a través do substrato familiar. Abranguería deste xeito desde a consolidación da inmigración europea de finais do dezanove, a Grande Guerra e posterior crise económica até a revolución tecnolóxica e a irrupción da comunicación e o mercado como omnipresenzas na vida cidadán. Entremedias, a Segunda Guerra Mundial e o período de bonanza posterior co New Deal, a Caza de bruxas e a Guerra Fría, os corolarios de Corea, Vietnam e a revolución sexual. Unha época intensa. Literariamente, sería un lugar común citar a condición de Roth de herdeiro de Nabokov, Bellow ou Dostoievski, dado que el propio ten recoñecido a miúdo a súa influencia. Con todo, o mérito do alumno ten transcendido en non poucas ocasións os vieiros transitados polos mestres. Unha aproximación ao seu traballo leva a salientar varios elementos na súa obra que a dotan dunha interesantísima singularidade: A cuestión xudía. O peso específico do intelectual e o artista xudeu na tradición occidental é enorme, cualitativa e cuantitativamente. O ancestral espallamento xeográfico da comunidade e a condición de volubilidade inherente fixo da relixión e o idioma elementos esenciais na súa cohesión, na definición e conservación do elemento de vínculo, de pertenza. Nos EUA, onde a presenza xudía é antiga e poderosa, o factor identitario conforma un latexante conflito. Por unha banda están a debida observancia da tradición, o respecto á familia, ao herdo. A obriga da súa preservación, a lembranza do horror e a defensa da identidade miúda e íntima. Por outra, a necesaria posta en cuestión que lle é esencial ao creador. A rebeldía, a individualidade, o neno que gabea o valo e olla o mundo que existe fóra dos marcos que lle foran dados. Nos EUA, onde a presenza xudía é antiga e poderosa, o factor identitario conforma un latexante conflito As contradicións que abrollan na concepción do traballo, da economía, da cosmovisión tradicional que prové a cápsula familiar fronte á irresistíbel tentación de nadar no río dunha poderosa sociedade multicultural, inzada de referencias dunha riqueza heteroxénea e fascinante. Desa dicotomía, desa dialéctica herética tan común nos autores desta orixe étnica, xurdirán non poucas das súas temáticas e algunhas das mellores páxinas de Roth. "...xudeus concidadáns da miña xerazón, servos da psicanálise con moi profundos vínculos parentais, profisionais respectábeis non imposibilitados polo principio de xentilidade e cunha ben desenvolvida tendencia á improvisación bufonesca, sobre todo a reciclar en vociferante mitoloxía cómica os valores comúns que informaran a nosa irredutíbel xudeidade." "Sen se avergoñaren das súas nada refinadas orixes xudeas, enchidos de confianza realista no seu estatus igualitario norteamericano, sentíanse norteamericanos por mediación das experiencias inmigratorias das súas familias, e non malia elas, e deleitábanse na descarada exposición duns hábitos extravagantes que eran produto da propia vida na que nos criáramos." (Os Feitos, Autobiografía dun novelista. 1988) O conflito entre a identidade adquirida, entre a orixe que nos é legada e o encaixe da mesma coa identidade construída, produto da vontade e a determinación do individuo. A tensión entre o ser colectivo e a innata tendencia á individualidade. Un interesante motor creativo. A tensión entre o ser colectivo e a innata tendencia á individualidade. Un interesante motor creativo A condición e a sexualidade masculinas. A satiriase ten sido, desde as delirantes argumentacións acusatorias da Inquisición e en toda a panfletaxe antisemita histórica, outra das pecaminosas características atribuídas ao varón xudeu. Sen ningún tipo de demenciada complicidade, a sexualidade ten sido un elemento central na obra de Philip Roth. É doado identificala como deus ex machina da narración en non poucos casos. O logro manifesto do autor é ter creado un paradigma masculino occidental nos seus personaxes, carente de artificios. O aparello estrutural de Roth régase con sexo, un sexo que subxace nas relacións que se estabelecen entre os protagonistas, que preside vontades, condiciona traxectorias vitais e determina a evolución da historia en non poucas ocasións. Con todo, nesa sexualidade tan identificada co desexo masculino, por veces de forma tan evidente que ten xerado barreiras na lectora feminina, é apreciábel unha interesante evolución, parella á dilatada existencia literaria do autor. Así, se a serie de Zuckerman amosa un poder totémico, unha virilidade convulsa e tribal, a transición do autor á madurez primeiro e logo a vellez teñen suposto ( os personaxes do autor adoitan ser sempre da idade cronolóxica do autor ), para alén dun enriquecemento da súa complexidade, unha exacta e fascinante recreación do solpor da virilidade. A maneira na que Philip Roth define o declive da sexualidade, a invocación de todos aqueles cabos que desesperadamente permitan eludila, é extraordinaria A maneira na que Philip Roth define o declive da sexualidade, a invocación de todos aqueles cabos que desesperadamente permitan eludila, é extraordinaria. O xeito salvaxe no que o individuo enfrontado ao declinio como inevitábel estación previa á morte se aferra á salvación da súa identidade sexual e por ende, da sua propia vida, é prometeica. Obras como O Animal moribundo, A Mancha Humana ou Elexía son elocuentes ao respecto. "Tanto ten canto saibas, tanto ten canto penses, tanto ten canto argalles, finxas e planexes. Non estás por riba do sexo. É un xogo moi arriscado. Un non tería dous terzos dos problemas que ten se non correse ao albur da fodenda. O sexo é o que desordena as nosas vidas normalmente ordenadas." "O animal moribundo" (2001) Roth ten sido capaz de, mesmo facendo ciencia-ficción co what if...?, responder e reflectir acertadamente en cada unha das súas obras a sociedade na que se moven e padecen os seus personaxes Unha extremada atención ao mundo do seu tempo. Un autor da súa lonxevidade creativa non pode ser identificado cun tempo concreto, neste mundo contemporáneo onde a historia sucede a velocidade de vertixe. Roth ten sido capaz de, mesmo facendo ciencia-ficción co what if...? que supuxo A Conxura contra América, responder e reflectir acertadamente en cada unha das súas obras a sociedade na que se moven e padecen os seus personaxes. A indómita furia xuvenil, a trampa da madurez, os complexos protocolos humanos do emparellamento e a convivencia marital, as espiñentas relacións paterno-filiais, a enfermidade, a relixión, a traizón, a familia, todas teñen lugar nun contexto histórico preciso e definido, plasmado con eficacia. As circunstancias do Sueco, protagonista de Pastoral Americana, diverxen absolutamente das do Profesor Coleman Silk de A Mancha Humana (esa magnífica recreación da xeira Clinton), e con todo, en ambos casos a terríbel dureza do encaixe das minorías no crisol social norteamericano é manifestada con toda crueza en dous momentos históricos diferentes. Sabedores da súa espartana organización, da dedicación plena e absoluta á Literatura como oficio, das interminábeis xornadas de traballo, é doado entender que aos seus 90 anos resolva pousar a pluma Philip Roth comunicou este ano o abandono da escrita. Sabedores da súa espartana organización, da dedicación plena e absoluta á Literatura como oficio, das interminábeis xornadas de traballo, é doado entender que aos seus 90 anos resolva pousar a pluma. Outra cousa é que o vexamos quen a deixar de plasmar por escrito o que ve. Quizá non de xeito sistemático, non co obxectivo inmediato da publicación, pero con certeza manterá algúns folios á man. Polo que poda pasar. Despois de todo, e tal como dicía aquela canción de Pearl Jam, Practiced are my sins, never gonna let me win.
PRAZA_9213
O concelleiro ourensán José Araújo marcha do Concello e do partido lamentando que a cidade "non avanza" e admite que xa tivo "propostas" de Ciudadanos. Disponse a "reflexionar" tras deixar o único goberno urbano do PP, que Feijóo erixiu en exemplo de "estabilidade"
En xullo de 2015, cando o goberno do PP en Ourense levaba en marcha pouco máis dun mes, o gabinete encabezado polo ex-conselleiro Jesús Vázquez tivo que enfrontarse á súa primeira remodelación. Un ultimato do presidente da Deputación e líder do partido na provincia, José Manuel Baltar, obrigou a dimitir ao primeiro tenente da Alcaldía e voceiro do goberno municipal, Francisco González, para poder seguir desempeñando o seu labor como alto funcionario da propia Deputación. Aquel imprevisto tornou definitivamente en peza clave do único goberno do PP na Galicia urbana a José Araújo, concelleiro que este martes dimitiu de todos os seus cargos e anunciou ao mesmo tempo a súa marcha das filas populares sen pechar a porta a outros partidos.Araújo, veterano edil, era o voceiro do goberno do ex-conselleiro Jesús Vázquez, tiña ao cargo unha ampla área de xestión e dábase por seguro que recuncaría na candidatura do PPAraújo, terceiro tenente da alcaldía e voceiro do goberno, xestionou ata agora unha macroárea con amplas competencias que ían dende as infraestruturas ao medio rural pasando polo medio ambiente, o servizos eléctricos ou o transporte público. Veu sendo tamén unha das caras máis recoñecibles e consideradas do PP na cidade. Entre outros aspectos, por acumular máis dunha década na corporación, primeiro como responsable de Cultura (2003-2007) e despois, na oposición (2007-2011).Esa dilatada experiencia e os prognósticos que daban por segura a súa presenza destacada na candidatura de Jesús Vázquez para as vindeiras municipais de maio pairou sobre as razóns que Araújo esgrimiu para explicar a súa dimisión tras llela comunicar a Vázquez e a Baltar. Levaba moito tempo a "meditar" a decisión, di e mesmo valorou quedar como concelleiro non adscrito, pero "non podo ser refén do meu partido nin o meu partido, refén meu".O concelleiro dimisionario cre que nin o goberno do PP nin a corporación no seu conxunto "cumpren as expectativas" nunha cidade que "non avanza" e, lembra, carece de orzamentos dende 2014Cre que nin o goberno do que foi parte nin a corporación no seu conxunto "cumpren as expectativas" dunha cidade que "non avanza". "Levo moito tempo reflexionando e non me vexo nunha futura corporación ao mesmo ritmo que a actual", afirma, con exemplos concretos como a ausencia de novos Orzamentos dende 2014 ou de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), anulado xudicialmente en 2008.Araújo marcha entre mensaxes claramente dirixidas aos seus ata agora compañeiros. Tamén ao resto de grupos da convulsa corporación, marcada dende 2015 pola fragmentación tras o descenso dos partidos tradicionais da cidade -O PP pasou de 11 a 10 edís, o PSOE de 11 a 6 e o BNG, de 2 a ningún- mentres a formación local Democracia Ourensá se disparaba -de 2 a 8- e Ourense en Común, a 'marea' local, quedaba en só 3. "Esta cidade non se vai poder gobernar a base de selfies", dixo Araújo en referencia implícita ao alcalde "nin a base de insultos", afirmou nun comentario interpretado como alusión a Gonzalo Pérez Jácome, líder de DO.Araújo admite que xa tivo "propostas" de Ciudadanos e disponse a "reflexionar" tras deixar o único goberno urbano do PP, que Feijóo erixiu en exemplo de "estabilidade"E agora, que? Araújo di que se dispón a "reflexionar" sobre o seu "futuro político". Tras 27 anos de militancia no PP di ter claro que "dende dentro" xa non é posible "facer nada" e non oculta que xa lle chegaron "propostas doutras formacións políticas" que teñen "intención de acudir ás municipais". Unha delas, admite, foi Ciudadanos. El, afirma, intúe que tras o "experimento" deste mandato a veciñanza de Ourense vai optar por "unha fórmula diferente" nun contexto no que, nas eleccións municipais, o electorado vota "máis por afinidade ás persoas que por ideoloxía".Tras coñecer a dimisión, o alcalde de Ourense e candidato polo PP á reelección dixo estar "sorprendido" porque "non había nada que levase a pensar isto". A apenas catro días da presentación das candidaturas municipais do PP galego, Vázquez admite que Araújo é "unha persoa moi afín a min", coa que traballou ata agora "man con man". Baltar, pola súa banda, dixo "respectar" a decisión e "valorar o seu traballo político" e os grupos da oposición ourensá interpretaron a dimisión como unha mostra das tensións internas do PP local e do esgotamento do seu goberno, que Feijóo veu presentando durante os últimos catro anos como modelo de "estabilidade".
NOS_31595
Na súa previsión máis negativa, o déficit público podería chegar a 11% do PIB ─que caería 13,6%─, a débeda pública superaría 120% e a taxa de paro subiría a 21,7%.
A economía española rexistrará en 2020 unha contracción "sen precedentes na historia recente", que superará "amplamente" a que se produciu en calquera dos anos da crise financeira global, segundo cálculos preliminares do Banco de España recollidos no artigo Escenarios macroeconómicos de referencia para a economía española tras a COVID-19 publicado nesta segunda feira, 20 de abril. La actual situación de emergencia de salud pública tendrá un impacto muy elevado, aunque de magnitud todavía incierta, sobre la economía española este año https://t.co/igtV5tRzH6 #bdePublicaciones #COVID191/6 pic.twitter.com/IKC1J9fsej— Banco de España (@BancoDeEspana) April 20, 2020 O Banco de España, utilizando dúas metodoloxías distintas, calcula que o PIB caerá este ano, de media, entre 6,6% e 8,7% no caso de que o confinamento da poboación dure oito semanas (o máis probábel, opina) e do grao no que persista a perturbación tras finalizar o estado de alarma. De producirse unha normalización da actividade case completa, o retroceso do PIB sería de 6,6%, mais se esta non chega até o cuarto trimestre, a caída sería de 8,7%. E de alongarse até 12 semanas e non se chegou á normalización da actividade a fin de ano, podería caer até 13,6%. Utilizando outra metodoloxía distinta, máis fiábel en horizontes temporais amplos, a caída do PIB podería situarse entre 6,8% e 9,5%, con oito semanas de confinamento, e 12,4%, con 12 semanas. Déficit, débeda e desemprego Con independencia dos distintos escenarios construídos, o Banco de España recoñece que o custo orzamentario da COVID-19 será "moi elevado". Calcula que o déficit público de 2020 podería situarse nunha marxe comprendida, aproximadamente, entre 7% e 11% do PIB. Para 2021, sería de entre 5,2% e 7,4%. Ademais, a débeda pública situaríase este ano e o próximo en niveis comprendidos entre 110% e máis de 120% do PIB, aproximadamente, e a taxa de paro podería escalar en 2020, en media anual, a porcentaxes de entre 18,3% e 21,7% da poboación activa, que baixaría en 2021 a entre 17,5% e 19,9%.
PRAZA_6532
Nablúes, Ramala e Xerusalén acollerán entre o 1 e o 9 de outubro as principais actuacións do programa, no que se inclúen Pepe Viyuela, Iván Prado, Johny Melville ou o músico Mr. Kilombo, entre outros.
O Festival Internacional Festiclown, creado en Galicia hai quince anos e dirixido polo clown Iván Prado celebrará a súa segunda edición do Festiclown Palestina entre o 1 e o 9 de outubro en Cisxordania para apoiar as vítimas de Gaza. "Levará así as risas a hospitais, colexios, teatros, rúas e prazas de cidades como Xerusalén, Ramala ou Nablús" co obxectivo de "paliar os graves efectos aos que se ve sometida a poboación palestina" como consecueicia do conflitco causado pola ocupación israelí e agravado polo último ataque de Israel. O Festiclown levará as risas a hospitais, colexios, teatros, rúas e prazas de Xerusalén, Ramala ou Nablús A segunda edición deste Festiclown, organizado por Pallasos en Rebeldía, chegará a través da arte á sociedade civil palestina e, fundamentalmente, como aseguran nun comunicado, "a mulleres, rapaces e nenos". "Tamén ten a tarfefa de difundir entre a poboación palestina as gargalladas e a esperanza a través do clown e do circo como instrumentos para a transformación, para visiblizar o drama humanitario que sofren os refuxiados", din. Tamén para "concienciar a comunidade internacional sobre o conflito". Actuarán, ademais do prestixioso actor e clown Pepe Viyuela e do propio Iván Prado, artistas recoñecidos no ámbito circense como o escocés Johnny Melville, os brasileiros da compañía Traço e os españois Kanbahiota, Pablo Muñoz e Daviz Cebrián, a italiana Laura Mandarina e o arxentino Marcelo González. Tamén se desprazár aló o madrileño Mr. Kilombo para darre un toque musical á programación, que se complentará con compañías locais. A "esperanza, risa e fraternidade" chegarán tamén aos hospitais de Palestina "Esperanza, risa e fraternidade -especialmente necesarias nests momentos para os nenos- chegan aos hospitais de Palestina", di a compañía, que asegura que anuncia a visita dos pallas nos propios centros sanitarios tras os cincuenta días de sitio do Exército de Israel sobre a Franxa de Gza, onde morreron máis de dúas mil persoas.
NOS_57359
Galiza rexistra a marca de contaxios de Covid-19 até a data desta quinta onda, con 1.593, mentres que os casos activos elévanse a 15.109, un milleiro máis que a xornada anterior, e os pacientes hospitalizados por este coronavirus repuntan a 212 -constitúen 37 máis-, deles 23 en UCI. Pola súa banda, a taxa de positividade sitúase en 14%.
Segundo os datos actualizados na mañá da sexta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas da quinta feira, aumentan a 189 as persoas ingresadas en unidades convencionais pola Covid-19, que implican 36 máis, e ascenden a 23 as que se atopan en UCI, unha máis. Pola súa banda, 14.897 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias a presión hospitalaria aumenta en seis das sete e mantense sen cambios na de Santiago e Barbanza, que continúa con dous pacientes Covid en UCI e oito noutras unidades. O maior aumento corresponde á de Ourense, que aínda que segue cun ingresado en UCI rexistra 50 noutras unidades -12 máis-, así como a de Pontevedra e O Salnés, que mantén un ingresado en críticos e conta con 30 noutras unidades -dez máis-. Polo seu lado, na da Coruña e Cee soben a oito os pacientes Covid en UCI -un máis- e a 40 os doutras unidades -cinco máis-; e na de Lugo continúa un en críticos e aumentan a 18 os doutras unidades -catro máis-. Mentres, a de Vigo segue con catro pacientes Covid en UCI e soben a 29 os doutras unidades -dous máis-; e na de Ferrol continúan dúas en críticos e ascenden a 14 os doutras unidades -tres máis-. Máis de 15.000 casos Galiza alcanza 30 semanas consecutivas de aumento de casos activos, que ascenden a 15.109, que implican 1.146 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.593) que altas (446), ao que se engade un falecemento. Con respecto a hai sete días, as infeccións activas supoñen algo menos do dobre, xa que a pasada sexta 16 de xullo había 8.319 no conxunto da Galiza. Por áreas sanitarias, os casos aumentan en todas elas, en maior medida na de Vigo (+379), seguida da Coruña e Cee (+220), Santiago e Barbanza (+162), Lugo (+134), Pontevedra e O Salnés (+130), Ferrol (+65) e Ourense (+56). A área de Vigo segue á cabeza con 3.544 casos activos; seguida da de Pontevedra e O Salnés, con 2.615; A Coruña e Cee, con 2.591; Ourense, con 2.341; Santiago e Barbanza, con 1.883; Lugo, con 1.498; e Ferrol, mantense a cola como a única por baixo do milleiro, con 637. Contaxios Os novos contaxios de Covid-19 volvéronse disparar e alcanzan a marca desta quinta onda con 1.593, que implican 110 máis que os 1.483 da xornada anterior. Así, acumulan catro días seguidos por encima do milleiro, tras arrincar esta semana con 975. Foron confirmados 1.536 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 85 máis que o día anterior, dos cales 423 corresponden á área sanitaria de Vigo; 271, á da Coruña e Cee; 235, á de Santiago e Barbanza; 190, á de Pontevedra e O Salnés; 186, á de Lugo; 156, á de Ourense; e 75, á de Ferrol. Galiza efectuou 8.180 probas máis que as rexistradas até a xornada anterior. En canto á taxa de positividade das PCR, mantense nun 14,3% após repuntar ao 14% a xornada anterior despois de baixar a un 9,3% a cuarta e situarse nun 10,9% a terza após arrincar esta semana nun 13%. Galiza segue por riba dese 5% que estabelece a OMS para dar por controlada a pandemia. Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 2.444 ao notificar Sanidade unha nova vítima esta quinta feira.
NOS_38440
Penabor e O Cruceiro da Ínsua son os protagonistas da actualidade patrimonial galega porque neles acaban de saír á luz dous novos monumentos funerarios. O achado fíxoo a asociación Mariña Patrimonio, que aproveita para denunciar a falta de apoio e atención por parte da Xunta que padecen desde hai xa tres anos.
As asociacións culturais Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo veñen de descubrir no Concello de Barreiros dous novos xacementos arqueolóxicos. Os achados producíronse nos lugares de Penabor e no Cruceiro da Ínsua. En declaracións a Nós Diario, o presidente da asociación mariñá, Manuel Miranda, relata que "no mes de agosto detectamos que podía haber unhas mámoas na zona e fomos ver", nese mesmo lugar xa descubriran cinco anos atrás outra. En Penabor localizaron unha duns 15 metros de diámetro, que presenta cono de violación e, en palabras de Miranda, "a novidade é que se conserva o dolmen", no que destaca a presenza de tres ortóstatos ou chantas. A mámoa do Cruceiro da Ínsua ten uns 20 metros de diámetro e nela apréciase, no lateral sueste do túmulo, o que podería ser o cono de violación. O presidente de Mariña Patrimonio comenta, "houbo unha corta recente de eucalipto e vimos que había un montículo no medio da chaira e alí atopamos a segunda mámoa". Logo da descuberta, ambas as asociacións contactaron coa Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para solicitar a inclusión dos dous monumentos megalíticos no Catálogo do Patrimonio Cultural da Galiza, aínda que segundo aseguran, temen que "tanto a mámoa de Penabor como a da Ínsua se sumen á longa lista de bens patrimoniais que a dirección xeral nin cataloga nin protexe". Desde estas entidades mariñás opinan que o abandono se debe "ao boicot que o organismo autonómico lle fai ás solicitudes que presenta Mariña Patrimonio". "Nestes momentos temos presentadas máis de 50 solicitudes sen resposta", asegura Manuel Miranda, que destaca que todas elas non só as fan individualmente desde Mariña Patrimonio senón que tamén presentan iniciativas en conxunto con outras asociacións de patrimonio e con colectivos ecoloxistas. Pola súa banda a dirección xeral asegura que se deprazará "nos vindeiros días para avaliar a descuberta e prospectar outras dúas referencias no mesmo concello". Miranda recalca que "como xa temos esta experiencia dos últimos tres anos, queremos facer pública a descuberta e denunciar que non se vai catalogar" e engade que "as máis de 50 solicitudes que temos tamén as iremos facendo públicas e pasaremos polos concellos onde sabemos que hai xacementos para que tenten eles directamente comunicar con Patrimonio". As asociacións apuntan se reuniron coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, para informala destas descubertas e para solicitarlle que o concello inste a dirección xeral a que catalogue e protexa os dous xacementos. O perigo dos eucaliptos "O que máis nos inqueda das últimas comunicacións que recibimos sobre algún dos xacementos é que están en risco por causa de que van cortar os pinos e van plantar eucaliptos", asegura Manuel Miranda, "sabémolo con meses de adianto e se o xacemento non está protexido non se pode facer nada". Para o presidente de Mariña Patrimonio, "o que pasa é moi grave, a comarca converteuse nun xigantesco eucaliptal e esa árbore é a maior destrutora de patrimonio arqueolóxico que poidamos imaxinar". Segundo Miranda, o feito de que a maioría dos xacementos estean no monte é incompatíbel cunha industria como a do eucalipto, que usa maquinaria pesada. O presidente asegura que "nos últimos anos fixemos moitas denuncias a este respecto e por parte da industria madeireira si que tomaron medidas por cuestións económicas. Así, directamente non mercan madeira cortada nas inmediacións dun castro". O porqué deste cambio é, para Miranda, que "o ritmo de traballo e a maquinaria que se require encarece moito o proceso". Os últimos monumentos engrosan a listaxe patrimonial da Mariña Unha mámoa de 20 metros de diámetro e outra de 15 que conserva o ortóstato son só algunhas das descubertas feitas por Mariña Patrimonio desde a súa fundación. Ademais de denunciar, cando cómpre, percorrer o monte e atender con especial interese a corta de árbores para atopar novos xacementos ou protexer os xa existentes, a entidade promove a celebración de roteiros, charlas divulgativas sobre patrimonio cultural. Doce anos de traxectoriaA asociación Mariña Patrimonio fundouse no ano 2008 co obxectivo de divulgar e defender o patrimonio arqueolóxico, prestando un especial interese na propia comarca.Unha ducia de anos máis tar-de, débeselle a esta entidade a descuberta dun gran número de xacementos.
NOS_9580
Após nove meses de proceso xudicial e unha vez finalizado, o letrado da plataforma acusa o Goberno de demorar de forma intencionada o xuízo pola catástrofe, que tardou en se realizar dez anos, para evitar consecuencias políticas. Resalta a chulería de Cascos na súa comparecencia e pensa que non se van cobrar as indemnizacións por unha neglixencia do Estado español
Rematou o xuízo do Prestige, que comezou dez anos despois do naufraxio e a posterior marea negra e cuxo veredito se espera para cando se cumpran once.Unha instrución tan dilatada no tempo denota que algo se fixo mal, existiu unha dilación indebida que distancia a administración de Xustiza dos acontecementos dun xeito tan brutal que fai que socialmente se perda a función inherente á xustiza, como a exemplaridade que se deriva duns feitos que poden ser tipificados como delitos e que precisan unha solución rápida. Ese adiamento foi intencionado por intereses políticos?Foi intencionado desde a perspectiva de que houbo unha manifesta pasividade co xulgado de Corcubión, que é pequeno e esixía unhas dotacións de medios técnicos e humanos axeitados á situación, que non se lle concederon. Foi moi chamativo que case ao mesmo tempo pasou o dos atentados de Madrid o 11-M, algo tamén moi complexo, con case douscentos mortos pero que como politicamente era máis interesante resolvelo rápido, solucionouse nun tempo moi rápido e exemplar, incluso nas apelacións. Politicamente o do Prestige era menos interesante, quedou amortizado en pouco tempo. Non houbo interese en dotar a Corcubión de medios, iso é evidente, o que provocou que se demorase tanto no tempo. O xuízo transcorreu con normalidade xurídica, con garantías?Desenvolveuse ben, o tribunal foi tolerante, non houbo a presión constante que hai cando o xuíz é intervencionista, aquí mantivo unha liña prudente e de liberdade. "Estamos convencidos, e dixémolo na causa, que as decisións tomáronse en máis altas instancias que López Sors" E vostede e o seu compañeiro Alejandro Martín, representando a Nunca Máis, tiveron un papel central.Creo que lle dimos unha vivacidade ao xuízo que antes da nosa intervención non había porque todo a aparataxe oficial estaba centrada no barco, e o xuízo quedaría moi coxo se non se intentan depurar responsabilidades gobernamentais. Se nós non estiveramos, o xuízo quedaría incompleto, que xa quedou porque no ámbito político faltou xente. Estamos convencidos, e dixémolo na causa, que as decisións tomáronse en máis altas instancias que López Sors, pero a competencia é do director xeral da Mariña Mercante, e el desde o primeiro momento asumiu todas as responsabilidades e estamos a falar dun proceso penal, non político, e non se puido chegar máis alá. Até o presidente do tribunal afirmou publicamente que no banquiño faltaban responsábeis.Non podes levar a un cidadán a un proceso legal por un convencemento, e López Sors actuou nese sentido como dique, parapetándose e asumindo todas as decisións, contra iso non se puido ir máis alá para imputar a outros responsábeis políticos, malia que o intentamos. "López Sors tomou unha decisión política independentemente do que acontecía no barco e mantena contra todos os consellos científicos e as circunstancias" Moitas intervencións, sobre todo de expert@s, apuntaron o goberno do Estado como causante do desastre.Hai informes periciais moi importantes, o noso de Felipe Louzán foi magnífico, estivo sometido durante tres días a un interrogatorio das partes, o que manifesta a súa relevancia. Pero a responsabilidade penal de López Sors radica non tanto no que fixo co buque, que é unha decisión técnica, senón en non ter a mínima dilixencia para decidir en base a criterios científicos, aí está a clave. El tomou nas primeiras horas unha decisión política independente do que ocorría no barco. Puido actuar correctamente, formando un gabinete técnico como manda o Plan Nacional de Salvamento, con asesores de todo tipo, e tomar unha decisión con eles e que saíse mal, podía ser, pero daquela non sería unha imprudencia temeraria por parte de López Sors. El toma unha decisión política e mantena contra todos os consellos científicos e as circunstancias. Logo de anos mergullado no tema, escoitando a ducias de persoas, a pregunta do millón: que se debeu facer co Prestige? Levalo a Corcubión?Parece obvio e así se revelou, que o barco debeu ser resgardado. A decisión inicial de afastalo da costa para evitar que embarranque é lóxica, pero non podía ser a final. Mais o día 14, con tripulación, remolque, boas condicións meteorolóxicas e o barco a unhas horas de navegación dun porto que o propio Estado recoñecía que reunía as condicións, pois todos os técnicos consideran que o buque tiña que ser abrigado. Onde? Parece claro que Corcubión era o sitio axeitado, polo menos a efectos de abrigo. Esa até era a opinión que en 'petit comité' daban tamén responsábeis de salvamento da administración do Estado. "Parece claro que Corcubión era o sitio axeitado, polo menos a efectos de abrigo. Esa até era a opinión que en 'petit comité' daban tamén responsábeis de salvamento" De todos @s comparecentes, cal lle deixou peor sensación?Álvarez Cascos tivo unha declaración chulesca e prepotente, moi no seu estilo, e amparado na tranquilidade de saber que aínda que matase o capitán do barco, pasados dez anos non o poderían imputar, estaba prescrito. Non tivo relevancia penal, pero si foi unha curiosidade que ratificou o seu estilo. Chamoume tamén moito a atención López Sors, totalmente diferente ao que vira na fase da instrución, na que aínda tiña o posto de director xeral, encubría a alguén que seguía no poder, viña acompañado dun fiscal xefe de infausto recordo, e daquela tivo unha actitude despectiva e chulesca con nós, como quen acudía a un mero trámite cuns pringados. Agora ten dez anos máis, xa 78, as persoas que amparou daquela xa non lle fan caso, e tivo que aturar como imputado nove meses e vino moi diferente, contraditorio, incluso con problemas na capacidade de expresión, moi afundido con respecto ao de hai unha década. Mangouras?É un home que xera simpatías, nós mantivemos a imputación por corrección procesal, pero é un home moi respectado no mundo do mar, como capitán tomou unha decisión valente, salvou á tripulación e puxo en risco a súa vida, creo que é un pouco forzado encaixalo dentro do entramado do barco. Na súa última intervención Mangouras foi moi emotivo, o que chocou con Sors, que só tivo palabras para a súa Defensa. Ese enorme entramado de sociedades que hai detrás do buque... vai ser posíbel cobrar indemnizacións polo ocorrido?É practicamente imposíbel que se poidan cobrar indemnizacións porque están esgotados os topes dos seguros. A única peza do entramado do buque que ten solvencia e podería devolver cartos é ABS, que, simplificando, foi a que avalou que o barco estivese no mar, por iso non entendemos que ABS non estivese aquí, foi un enorme erro, o Estado non quixo apoiar as nosas teses para que ABS estivese neste xuízo porque non lle cadraba coa súa aventura americana do proceso alí, que custou 36 millóns de euros das arcas públicas. "É practicamente imposíbel que se poidan cobrar indemnizacións porque están esgotados os topes dos seguros" Sentiu soidade ou esquecemento durante o xuízo?Si, e iso resulta un feito moi negativo. Eu entendo que en dez anos non se pode manter un nivel de resposta civil como o que houbo no seu momento, pero entre aquilo e isto houbo demasiada diferenza, un abismo. Pódese dicir que non houbo resposta civil que acompañase á comisión xurídica que estivo aí dando o callo nove meses de xuízo, sen apoio real da sociedade, iso teño que dicilo, mal que pese, paréceme lamentábel. Debeuse reactivar parcialmente a resposta civil, e se non pasou é unha eiva e unha alarma. Queda a sentenza.Eu dixen que esperaba que a sentenza tivese un efecto exemplarizante e pedagóxica en canto a que se volve pasar algo como o do Prestige, que é posíbel, as autoridades non se vaian de cacería nin desprecen ás opinións científicas.
PRAZA_12477
"Apoio masivo" e "éxito" son as primeiras valoracións das centrais, que se congratulan pola participación unánime dos traballadores da gran industria do país, dos portos e lonxas e mais do transporte, así coma do ensino, e sitúan o seguimento global nun 90%. No conxunto do Estado, os sindicatos cifran nun 85% o seguimento do paro. O Goberno non ofreceu datos, pero cualifica o seguemento do paro de "baixo" e inferior ao da folga xeral de 2010, aínda que a propia CEOE recoñece un "alto seguimento" na industria, no norte de España e nas grandes cidades. A Xunta fala dun 35% na administración autonómica (por un 90% dos sindicatos). O consumo eléctrico é máis dun vinte por cento inferior ao do pasado xoves e semellante ao dun domingo.
"Apoio masivo" e "éxito", son as primeiras valoracións das centrais, que falan dun 90% de seguimento no país e que se congratulan pola participación unánime dos traballadores da gran industria do país. Para CCOO e UGT, os datos de participación "poñen de relevo o rexeitamento do conxunto dos traballadores e traballadoras de Galicia á reforma laboral e ás políticas de axuste impulsadas polo Goberno español". Para a CIG, o paro xa é "un éxito rotundo"logo dunha resposta "moi positiva" por parte dos traballadores. Por sectores, as centrais sindicais falan dun 100% de paro na recollida do lixo e limpeza viaria e no naval, nun 95% nos transportes, nun 85% na construción e nun 80% no sector agroalimentario e nas conservas. En xeral a folga está afectando máis á industria e ao transporte que ao comercio, aínda que en Ferrol, Vigo e outras vilas industriais do país, as tendas dos barrios do centro están pechadas nunha alta proporción; na Coruña, pola contra, o pequeno comercio está maioritariamente aberto. O Goberno non ofreceu datos de participación, pero segundo o Ministerio do Interior, "o seguimiento é claramente inferior ao da folga de 2010". Cristina Díaz, directora de Política Interior, salienta que "a situación nos mercados centrais é semellante ao do resto dos días, agás Barcelona, Murcia, Sevilla ou Granada". Con todo, a propia CEOE recoñece un "alto seguemento" na industria, no norte de España e nas grandes cidades. A Xunta cifra nun 35% o seguimento entre os funcionarios da administración autonómica, que os sindicatos elevan ao 90%. Ás oito da mañá o consumo eléctrico (23.699 megavatios) era un 20,33% inferior ao do pasado xoves (31.002 megavatios) e semellante ao dun domingo Ás oito da mañá o consumo eléctrico (23.699 megavatios) era un 20,33% inferior ao do pasado xoves (31.002 megavatios) e semellante ao dun domingo (ao redor de 22 mil megavatios), segundo datos de Red Eléctrica de España. Parou totalmente o sector da automoción de Vigo, ademais de Alcoa, Gamesa Eólica, Zara Logística, Frigolouro (Porriño), Frinsa, Alúmina Española, CESPA (na Coruña e Pontevedra), Repsol Petróleo, Navantia (Fene e Ferrol), CIE-Galfor (antiga Forjas de Galicia), Leche Celta, Adolfo Domínguez, Lonza Biologics, Carrocera Castrosua, FCC, Lantero, Pull&Bear Logística, Rodman Polyships ou Televés. A produción está totalmente paralizada en Citroën, onde só se incorporou un reducido número de traballadores, inferior ao 10%, insuficiente para realizar calquera actividade. En xeral a actividade nos polígonos industriais de todas as cidades é nula, e por exemplo en Beiramar, en Vigo, onde se localizan os estaleiros, non hai ningún movemento. No ensino, os sindicatos sitúan o seguimento da folga en máis dun 80% por parte do profesorado e aseguran que son "maioría os centros queu pararon na súa totalidade". Tamén o seguiu de forma unánime o servizo de recollida do lixo en todas as localidades e está igualmente paralizada a actividade dos portos da Coruña e de Vigo; ademais, hai dificultades de acceso ao Porto Exterior de Ferrol. Están paradas tamén as lonxas de Marín, Burela e Vigo. E parece que o transporte vai seguir o mesmo camiño, coa completa paralización das estacións de autobuses, aínda que se están cumprindo os servizos mínimos de autobús urbano e taxi. E tamén algunhas grandes superficies comerciais. A CIG vén de informar de que en Alcampo en Vigo case non se incorporou ningún traballador. En canto aos medios de comunicación, destaca o feito de que nin o Faro de Vigo nin a edición galega de El País se distribuirán hoxe. A xornada, nas primeiras horas, está a desenvolverse sen incidentes de gravidade, agás algúns momentos puntuais de tensión entre os piquetes informativos e a policía, cunha presenza "desproporcionada" A xornada, nas primeiras horas, está a desenvolverse sen incidentes de gravidade, agás algúns momentos puntuais de tensión entre os piquetes informativos e a policía, cunha presenza "desproporcionada", segundo as centrais, que denuncian unha algunhas "agresións", como as sufridas na Coruña, en Ferrol cunha carga, e en Vigo, onde un cámara da CIG foi detido mentres filmaba o piquete en Alcampo . A CIG denuncia que o cámara sufriu agresións e neste momento está tivo que ser atendido nun centro médico polas contusións sufridas. Horas despois, foi posto en liberdade. En dous dos campus universitarios máis representativos do país, os de Compostela, os representantes sindicais aseguran que o paro está a ser moi significativo. Nomeadamente, sinalan que a práctica totalidade das facultades está a ser pechada. Unha das máis remisas a facelo, a de Dereito, tamén pechou as súas portas despois duns minutos de tensión con "ameazas" de chamar "aos antidisturbios. A situación no resto do Estado No resto do Estado a dinámica é semellante e ademais da paralización da industria, o transporte, os mercados e lonxas de distribución ou os servizo de de recollida do lixo, hai que sumar o moi simbólico apagón das televisións Canal Sur, Telemadrid, Canal9 ou TV3, que informa na súa web de que os traballadores se sumaron ao paro pola "reforma laboral e os recortes sociais"; mentres, Telemadrid dicía nunha mensaxe en pantalla que "a folga xeral, convocada polos sindicatos contra a reforma laboral do Goberno da Nación, impide a emisión de Telemadrid". O seguemento da folga xeral no Estado é do 85% a primeiras horas da mañá segundo CCOO e UGT Na súa última comparecencia, CCOO e UGT sitúan o seguimento do paro nun 85% a nivel estatal ata as 8 da mañá, un dato moi superior á folga xeral convocada o pasado mes de setembro e incluso ao de 2002. Os sindicatos, ademais, critican o "desproporcionado" despregamento policial que disque lles recorda "ao desembarco de Normandía". O Goberno, pola súa banda, fala de "total normalidade", mentres que a CEOE asegura que o seguemento é "desigual", aínda que recoñecen a súa importancia no sector industrial. Nos mercados de abastos das principais cidades o seguimento está sendo practicamente total, tanto en Mercabarna coma en Mercamadrid ou Mercavalencia, o mesmo que en Bilbao ou Santander. Infórmase de que en Madrid entraron apenas uns vinte camión en toda a noite. O paro é absoluto nas plantas de Renault en Valladolid, Seat en Martorell, Volkswagen en Navarra, Ford Amusafes e Airbus en Toledo. Segundo datos dos sindicatos, o paro acada cifras de seguimento do 76% en Correos, mentres que en alimentación e química se sitúa entre o 80% e o 90%. O 91% dos traballadores de Renfe e Adif se sumaron á protesta, segundo UGT. Foi nestes contexto no que se iniciou o pleno no Congreso dos Deputados, ao que non acoden os parlamentarios do BNG, de Esquerra Republicana e da Izquierda Plural. No Parlamento de Galicia non corresponde celebrar pleno pero si dúas comisións, ás que só acudirán representantes do PP.