ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_7767
Antonio Mancho, reelixido decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, censura a futura norma, que "danará a libre competencia entre profesionais" e "limitará as garantías da cidadanía".
Antonio Macho Senra foi reelixido decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia para os vindeiros catro anos. O tamén vicedecano primeiro do Consello Xeral de Colexios de Químicos de España proponse traballar xunto ao seu equipo para conseguir "dignificar a profesión de químico", ao seu xuízo, "tan deostada tras os múltiples sucesos acaecidos nos últimos tempos". Antonio Macho fai referencia a cambios lexislativos recentes e a outros previstos, como a futura Lei de Servizos Profesionais que prepara o Goberno central e que, na súa opinión, "danará a libre competencia entre profesionais" e "limitará as garantías dos cidadáns". O Colexio Oficial de Químicos cre que a Lei de Servizos Profesionais "danará a libre competencia entre profesionais" e "limitará as garantías dos cidadáns" "Queremos facernos presentes na sociedade galega", asegura Antonio Macho, que presidirá o Colexio Oficial de Químicos de Galicia até 2017, tras apuntar que durante o seu novo mandato "tentará comunicar que a química e os seus profesionais agrupados no Colexio tratan de axudar a resolver os problemas que afronta a sociedade". Na súa opinión, o Colexio Oficial de Químicos de Galicia "achega garantías a galegos fronte ao intrusismo e malas prácticas". E, ao mesmo tempo, certifica que "os profesionais agrupados no ente colexial posúen os coñecementos e preparación que os habilita para o exercicio da profesión dentro do máis estrito respecto á normativa legal". Ademais, reivindica unha Lei de Servizos Profesionais, normativa que ultima o Goberno central e que aprobará a curto prazo o Congreso dos Deputados, "que defenda a sociedade de prácticas profesionais pouco rigorosas".
NOS_3130
Esta cuarta feira 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio, declarado pola UNESCO no ano 2013. Este ano ademais súmase á celebración do Día da Paz. A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas convidou centros de todo o ámbito da lusofonía a produciren contidos para esta data.
No ano 2013 a UNESCO estabeleceu o 13 de febreiro como Día Mundial da Radio para conmemorar o nacemento da radio das Nacións Unidas en 1946. A temática elixida este ano é a paz, polo que as celebracións coinciden co Día da Paz, que se celebra todos os 30 de xaneiro. É por iso que a plataforma Ponte… nas ondas, que organiza xornadas radiofónicas con alumnado de Galiza e Portugal, preparou unha programación especial para o día centrada na paz e na figura de Xesús R. Jares, profesor da Universidade da Coruña e investigador en materia de convivencia. Por volta de 40 centros educativos realizaron podcasts para esta celebración que estarán dispoñíbeis na web desde as 10 da mañá da cuarta feira 13 de febreiro. A programación galega para a xornada recolle, entre outras, a retransmisión do acto de entrega da II edición do premio "Recoñecemento Suso Jares"; emisións en directo dos IES Pedras Rubias de Salceda Caselas e o CPR Jorge Juan Xuvia de Narón; a emisión de Radio Coruña desde o CEIP Raquel Camacho, en conmemoración polos 50 anos do centro; a emisión en Onda Cero Vigo dun programa feito por alumnado do CEIP Otero Pedrayo e, na Radio Municipal de Tui, dos centros CEIP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño), o Agrupamento de Escolas de Valença do Minho e o IES Terra de Turonio de Gondomar. Fóra do país, o IES Lostau Valverde de Valencia de Alcántara de Cáceres, na raia de Extremadura; Radio Trovadoras do Brasil; a Radio Universitaria do Minho de Braga; Radio Internacional de Odemira en Portugal ou o pianista internacional Mario Mora, director da emisora Radio Clásica FM, tamén colaboraron co programa.
NOS_36040
Como nos mellores momentos da época Lendoiro, o Deportivo paseou polo gume da navalla até esgotar praticamente o prazo para o fecho do mercado das fichaxes. A sorpresa chegou nas últimas horas: Joselu e non Álvaro Vázquez é o reforzo para a dianteira.
Álvaro Vázquez xa pasara o recoñecimento médico e a operación estaba pendente só da asinatura do contrato, mais o dianteiro de Badalona recebeu unha chamada do seu primeiro clube, o Espanyol, premido polo seu adestrador, Quique Sánchez Flores. Aí acabou todo para o Deportivo. A Praza de Pontevedra, sede do clube, virou entón nun fervedoiro de chamadas. Richard Moar, o secretario técnico, puxo outravolta os ollos na Premier e nun futbolista, Joselu, xogador da selección galega, nado na emigración en Alemaña, mais criado en Silleda. Dianteiro de grande envergadura (1,91 metros, 77 quilos), especialmente dotado para o xogo aéreo. O Stoke City dixo que si. Joselu vén emprestado por unha temporada, mais sen opción de compra. Xa pisou Riazor este ano: foi no amigábel de Galiza contra Venezuela, no retorno da irmandiña, e deixou boas sensacións. Esta temporada non contaba para o seu treinador, Mark Hugues, o que facilita a súa cesión ao Deportivo Joselu formouse na canteira do Celta e coa camisola celeste debutou na Primeira División, na temporada 2008-2009. Internacional sub-21, axiña chamou a atención do Real Madrid, que o enrolou para o seu filial. Chegou a debutar na primeira equipa, mais a súa aparición no Bernabéu foi efémera: só disputou minutos nun partido (un 8-1 contra o Almeria). Tivo, iso si, a oportunidade de marcar un gol. Na temporada 2012-2013 voltou a Alemaña, desta volta como emigrante de luxo, a viver unha aventura deportiva que consecutivamente o levou polo Hoffenheim, o Eintracht de Frankfurt e o Hannover 96. Os seus números na liga teutona foron moi aceitábeis, así que recibiu unha chamada -8 millóns de euros- da Premier. Unha oferta imposíbel de rexeitar. No Stoke City, porén, o seu rendimento foi irregular. Apenas disputou 22 xogos, apenas 10 como titular, e só anotou 4 goles. Esta temporada non contaba para o seu treinador, Mark Hugues, o que facilita a súa cesión ao Deportivo. Contodo, o Stoke debe confiar nel máis do que o seu técnico, pois o empréstimo é sen opción de compra. O Deportivo non ten que facer ningún desembolso en conceito de traspaso do futbolista. A operación rexistouse á beira do fecho do mercado, todo un remake das negociacións in extremis da época Lendoiro.
QUEPASA_277
O PSOE Provincial abre expediente aos 3 edís involucrados nas gravacións do alcalde de Ponteceso
O alcalde de Ponteceso, Lois Carballido, vén de facer efectiva a modificación da composición da Xunta de Goberno Local, separando aos edís socialistas Miguel Angel González Gómez, Raquel Fondo Pérez e Faustino Santiago Lema. Faino apenas uns días despois de filtrar á prensa un vídeo gravado con cámara oculta a varios dos edís contrarios á súa actuación nos últimos meses.Na acta de modificación do goberno, tamén sinala que os tres foron cesados tamén como Tenentes e Alcalde, pero aínda non recibiron ningunha notificación oficial. A Xunta de Goberno pasa a quedar presidida polo propio Carballido, coas concelleiras Noelia Varela Gómez e Teresa Chouciño Calvete, que nas últimas semanas se unía ao grupo de contrarios. A Provincial abre expediente aos 3 edís gravados con cámara oculta Non quere saber nada a Provincial Socialista dos, agora 5, edís contrarios ao seu goberno. Non se interesaron xa aló por maio e xuño, cando o propio Faustino Santiago Lema tivera que chamar persoalmente a Valentín González Formoso para coñecer a posición da agrupación a nivel provincial. Non preguntaron tampouco estes días despois do polémico vídeo gravado sen permiso no despacho polo alcalde e filtrado pola Voz de Galicia. O que si fixo a Provincial é abrille expediente aos 3 concelleiros que saen en devandito vídeo (Salvador Eiroa, Faustino Santiago Lema e Ana Pérez Ímia), e que podería acabar ca súa expulsión do partido. Unha decisión que argumentan tamén cos "incumprimentos de disciplina de voto" en anteriores mocións, como a da En todo caso, ningún dos 3 teñen confirmación oficial do, aínda, seu partido. Novas da crise do #PSOEPonteceso 26-10-2020: Marco Varela: "Vergonza". 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?. 23-10-2020: O PP de Ponteceso espera que os 6 concelleiros socialistas pasen ao grupo de non-adscritos para falar da moción de censura. 05-10-2020: 6 edís do goberno municipal de Ponteceso piden, por escrito, a dimisión do seu alcalde. 02-10-2020: A concelleira Raquel Fondo critica que o alcalde pontecesán se lembre tan tarde do seu grupo de goberno. 30-09-2020: 6 dos 7 edís socialistas do grupo de goberno de Ponteceso pídenlle ao seu alcalde que dimita. 29-09-2020: O alcalde de Ponteceso fica só ante a sombra dunha moción de censura. 28-09-2020: Os edís socialistas de Ponteceso critican que o alcalde está levando ao concello "á ruína". 01-08-2020: Os edís socialistas a Carballido: "A súa prioridade é máis económica que vocacional". 01-08-2020:Carlos Penedo a Carballido: "Está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza". 01-08-2020: Marco Varela a Carballido: "Non por estar no goberno es un Dios". 31-07-2020: Daniel Garcia Cotelo: "O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada". 30-07-2020: Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso. 29-07-2020: Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto. 28-07-2020: Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso. 20-06-2020: 3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado "unilateralmente" polo alcalde por "opinar priorizando o interese dos veciñ@s". 14-06-2020: Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: "Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde". 28-05-2020: Carballido bota outro membro da súa corporación. 2019: Socialistas de Ponteceso critican ao alcalde 2019: Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista.
NOS_42919
A partir do 5 de marzo ficará aberta a área sanitaria de Ferrol, segundo avanzou Sanidade após a reunión do Comité clínico. Seguen fechadas as áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra. Soutomaior é o único concello que permanece en nivel máximo.
O Comité clínico que fai seguimento da evolución da Covid-19 na Galiza vén propuxo, na súa reunión desta terza feira, 2 de marzo, abrir o feche da área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto da Galiza. Por outra banda, o concello de Soutomaior é o único que permanece en nivel máximo. Mentres, as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan fechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Así, pois as e os seus habitantes só poderán moverse a municipios na mesma situación e os locais de hostalaría poden abrir só as terrazas a 50% de ocupación até as 18 horas. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás. O resto dos concellos galegos quedan en nivel medio, co que se permite neles unha capacidade de 30% no interior de bares, restaurantes e cafetarías e de 50% nas terrazas. Así mesmo, está permitida a mobilidade con concellos no mesmo nivel e reunións de non conviventes cun máximo de catro persoas. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00 horas da sexta feira, 5 de marzo. Catro novos falecementos As autoridades sanitarias comunicaron este 2 de marzo catro novos falecementos con Covid-19, polo que o total de vítimas da pandemia ascenden xa a 2.256 na Galiza. Os catro presentaban patoloxías previas. Dous dos falecementos rexistráronse na segunda feira, en concreto un home de 74 anos que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña e unha muller de 76 anos que se atopaba no Complexo Hospitalario de Ourense. O resto de casos, todos eles esta terza, son dous homes de 84 e 89 anos que estaban ingresados no Centro Hospitalario de Ferrol e no de Vigo, respectivamente. O primeiro deles procedía da residencia de Laraxe, de Cabanas.
NOS_24974
A comunidade caboverdiana, especialmente afectada polas consecuencias económicas do brote na Mariña.
Nos peores momentos do brote na Mariña (Lugo) aproximadamente 1.000 persoas estiveron confinadas sen poder saír da casa, ben por positivos, ben por contacto con positivos. Desas confinadas, varios centos eran veciños e veciñas de Burela, a "zona cero", cunha poboación total de algo máis de 9.000 habitantes. O confinamento, sumado á corentena previa pola alerta sanitaria, complicou a situación económica das familias afectadas até límites excepcionais. Desde o concello, a Concellaría de Servizos Sociais sinala que colaborou na medida do posíbel coas confinadas, saíndolles a mercar alimentos, medicinas... "mesmo se prestou axuda para cousas tan cotiás como baixar o lixo". Así o explicou a concelleira da área, Carmen López, quen sinalou que durante o último brote houbo "familias confinadas que non contaban con ningunha axuda externa". López remarcou que o Concello deseñou un protocolo de actuación durante a pandemia, que serviu agora para atender ás confinadas. "Durante o estado de alarma púxose en marcha un protocolo para persoas vulnerábeis, que se retomou hoxe. A quen o necesite recólleselle o lixo, cómpranselle alimentos e medicamentos, e tamén estamos pendentes e ás veces chamamos a ver se necesitan algo. Onte mesmo axudamos á compra dunha bombona de butano", manifestou. En canto ás consecuencias económicas do rebrote na corentena, López indicou que "de momento non se notou un aluvión", aínda que aventurou que "se verán as consecuencias en breve", ao que engadiu que xa son varias familias que como consecuencia da pandemia solicitaron axuda por "problemas económicos" ante a perda dos empregos, ERTES ou situacións similares. Problemas na comunidade caboverdiana Por outra banda, moitas das máis afectadas polo brote, segundo transcendeu, son membros da comunidade caboverdiana, cunha ampla presenza desde hai anos nesa localidade. Moitos forman parte das tripulacións da frota do porto, e outros traballan en hostalería, ou en servizo doméstico. As asociacións culturais Batuko Tabanca e Batuko Rabentola puxeron de relevo que o rebrote "xerou unha situación complicada" debido a que "nalgúns casos non hai ingresos, porque non se pode traballar ou os ingresos baixaron". Como membros destas asociacións e parte activa da comunidade, Santinha Gómes e Alicia Monteiro, destacan que aínda que cada familia ten as súas circunstancias, "está a pasarse moi mal e vai ser difícil saír desta".
NOS_57914
Fai 80 anos, falamos de 24 de abril de 1942 constituíase no Ferradelo, núcleo de Priaranza do Bierzo, a Federación de Guerrillas de Galiza e León, como resultado da agrupación de diversos grupos guerrilleiros que operaban na área galego portuguesa.
A parroquia do Ferradelo, en español Ferradillo, reuniu na maña de hoxe a ducias de persoas procedentes de diversas partes da Galiza e do Biezo para conmemorar 80 aniversario da consitución da Federación de guerrillas da Galiza e León, a primeira estrutura guerrilleira conformada no Estado español. O acto responde á vontade de lembrar a data na perspectiva de pór en valor á resistencia armada ao franquismo. Segundo sinala a Nós Diario un dos promotores do acto, o editor Francisco Macías, "a xornada de hoxe contextualizase no marco dunha serie de actos que teñen como obxectivo recatar a memoria da guerrilla". O congreso do Ferradelo O historiador Alejandro Rodríguez, a persoa que máis ten estudado a Federación de Guerrillas da Galiza e León, ten sinalado en Nós Diario que " a Federación xorde ao longo do ano 1941, e xa no mes de decembro firmarían os primeiros regulamentos, aprobados no congreso fundacional do Ferradelo no mes de abril de 1942". O congreso do Ferradelo do que hoxe se cumpre 80 anos reuniu a ducias de guerrilleiros de toda Galiza. A este respecto, Rodríguez explica que "o exército da república, desfeito dende outubro do 37, organízase de novo catro anos despois, concretado a súa primeira xuntanza no tan renomeado congreso fundacional de Ferradelo, no mes de abril de 1942". Rodríguez destaca desta agrupación guerrilleira cuxa actividade continúa até 1947 a súa aposta pola unidade e o seu carácter plural. Nesta liña, indica que "a Federación vai destacar por varias cousas. Unha é a súa unidade no político, prohibindo de maneira expresa a propaganda partidista e primando o antifascismo como lema básico da súa loita. E, por outro, o seu illamento das organizacións dos exilios interior e exterior". 'A súa base ideolóxica é moi clara: o antifascismo' O historiador bercián significa que "a súa base ideolóxica é moi clara: o antifascismo. E isto, por riba de calquera outra formulación partidista. O primeiro, combater a ditadura, organizarse e esperar unha mellora das condicións internacionais, despois, as formulacións ideolóxicas de cada quen. Neste sentido, a loita levada a cabo pola Federación nos montes de Lugo, Ourense e O Bierzo, non difire cas levadas noutras partes de Europa contra as invasións nazis e fascistas". O militante da agrupación, Francisco Martínez "Quico" explica a Nós Diario que "as guerrillas de León e da Galiza teñen dúas vertentes complementarias. Por unha banda eses grupos armados, por outra a base social que os apoiaba. Nesta zona, a loita antifranquista desenvolveuse nas vilas e nas cidades. A sociedade civil participa de forma activa na estratexia da resistencia, xa que se organiza nunha guerrilla do chan cos servizos de información republicana". "Esta áncora social constitúe un trazo que singulariza a cultura resistente da Federación de Guerrillas de León-Galiza", continúa Quico, o último membro vivo da guerrilla galego, quen sinala que "malia o seu fracaso militar, o movemento guerrilleiro baseado nunha ampla rede social permitiu manter viva unha mobilización antifascista e a cultura democrática da Segunda República que fora arrebatada co golpe militar de Franco".
QUEPASA_901
A Serra de Outes acolle un novo Torneo de F7
A familia do Cabana volverá ser o epicentro do fútbol base costeiro, como aconteceu coa impecable organización da final da Copa da Costa de F8. Unha final que serve de perfecta excusa, ademais do incansable traballo de formación e de fomento da súa canteira, para que a familia QPC queira entregar o IV Premio Especial Abdoulaye á familia cabanesa. Dende o presidente Míchel, pasando polo coordinador da base José Manuel, o eterno Delegado Rafa Neaño, ou adestradores que veñen dende abaixo ata arriba como Pablo e Fernando, o club rossonero sempre aposta pola xente da casa, e iso cómpre ser destacado. Por iso, este venres na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC que se celebra na Casa da Cultura de Olveira, en Dumbría, alí estará unha delegación da SD. A final da Copa da Costa F8, a gran festa do fútbol base nas Redondas. Torneo de F8 E o sábado comezará o seu XI Torneo Futbol Base Cababa, en categorías Prebenxamín, Alevín e Cadete (durante a xornada sabatina) e Benxamín e Infantil (o domingo). 42 equipos copnvertirán as Redondas nunha auténtica festa. Torneo de F7 na Serra Ademais, este sábado o Cunchido acolle o V Torneo de F7 Serra de Outes, con 1000 puntos para o gañador e 500 para o segundo clasificado. Novas da gala O Sofán-Aspaber, a Acción Máis Deportiva da Gala do Fútbol da Costa - QPC. Suso, o eterno capitán do Dumbría, recibirá o Premio Histórico na Gala do Fútbol da Costa-QPC. Os Nominados da VI Gala do Fútbol da Costa - QPC 2018/2019. O esteirán Víctor Fábregas amenizará a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC. A Gala QPC, punto de encontro para rematar o Álbum de Cromos. Dumbría acolle a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, o broche de ouro á temporada. Iván Bouzón e MC, Premio Pombo e Pichichi da 1ª e Preferente. 2019: Miguel e Diego Mallo, os Premio Pombo do Fútbol da Costa.
NOS_46143
Esta noite o Festival de Jazz de Pontevedra traénos outra alfaia: Gregory Porter, unha das voces máis destacadas do jazz e do soul internacional que está a colleitar un grande éxito en Estados Unidos e Gran Bretaña.
Este cantor e compositor nado en Sacramento é a última revelación do jazz e do soul, achegándose xa á audiencias do pop e sen caer -aínda- nos vieiros máis doados seguidos por artistas como Jamie Cullum ou Michel Bublé. O seu terceiro álbum, 'Liquid spirit', chegou a disco de ouro no Reino Unido e xa se convertiu no álbum de jazz máis escoitado nos servizos de streaming da historia. Gregory Porter está considerado actualmente como o máis destacado vocalista e compositor jazz/soul da súa xeración: o número un dos cantantes masculinos de jazz nos rankings da prestixiosa publicación especializada DownBeat. A súa carreira fraguose a un ritmo lento. Non foi até 2004 cando se trasladou a Nova York. Alí empezou a cantar todas as noites nun local do que era propietario o seu irmán Lloyd. Os seus impresionantes dotes vocais pronto lle abriron as portas doutros clubs en Brooklyn e en Harlem. En 2010 fichou polo selo Motema, co que editou dous discos: 'Water' (2010) e 'Be Good' (2012). E tamén conseguiu atraer a atención de Wynton Marsalis, quen o seleccionou para unha residencia no Lincoln Centre. Xa en 2013 foi contratado por Blue Note Records, e ese mesmo ano publicou o disco que o lanzou definitivamente á fama: 'Liquid Spirit', un álbum que foi galardoado en 2014 co Grammy á mellor gravación vocal de jazz. O pasado ano publicou o seu cuarto álbum en solitario, titulado 'Take me to the Alley', que novamente foi premiado co Grammy. Gregory Porter asombra pola súa impoñente presenza física no escenario, onde desprega un carisma moi especial. A súa altura e corpulencia, o seu permanente sorriso e a súa característica gorra, que empezou a usar para disimular algunhas cicatrices cirúrxicas, pero que decidiu seguir utilizando precisamente por conferirlle un aspecto plenamente recoñecible, dótano dun aura única. Con todo, é o seu río de voz o que acaba abraiando ao espectador.
NOS_11476
As oposicións do Sergas deste domingo en Silleda teñen unha cor inesperada: o negro. De loito de denuncia do encadeamento de contratos de curta duración, da inestabilidade, da precariedade, da sobrecarga... Unhas reivindicacións e demandas que o movemento Enfermeiras eventuais en loita foi quen de estender por todo o país nestas semanas.
Este domingo, 8.734 persoas acuden a un concurso oposición no que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) oferta 372 prazas de turno libre. Unha cita para a cal a plataforma Enfermeiras eventuais en loita fixo un chamado: vestir de negro, de loito, para denunciar a situación de precariedade na que traballa e vive este colectivo profesional, a #OPEnegra. Son o colectivo sanitario máis numeroso. Nas últimas horas as redes sociais inzáronse de imaxes e mensaxes de apoio e ánimo ás opositoras por parte de compañeiras, volvendo emerxer a bandeira do Nunca Máis, desta volta contra a precariedade. Denuncian a "precariedade laboral que afecta cada vez a máis traballadoras" deste colectivo, así como á propia "calidade asistencial": inestabilidade laboral, eventualidade e temporalidade, imposibilidade de gozar do dereito a vacacións... A campaña iniciada por este colectivo xa logrou facerse viral. Nela participan non poucos rostros coñecidos da política, a cultura ou a sociedade galega. Desde o actor Luis Tosar até o cociñeiro Pepe Solla, desde o xornalista Gonzo até políticos como Ana Pontón, Yolanda Díaz, Abel Losada ou Xulio Ferreiro. Até a orquestra París de Noia ou o conxunto Dakidarría se animaron a gravar pequenos vídeo de apoio ás demandas. Todos eles poden verse no Facebook do colectivo.
NOS_9222
A Federación Rural Galega considera que os fondos europeos Next Generation deben servir para a creación do Grupo Lácteo Galego.
A raíz das declaracións da empresaria Carmen Lence, sobre a necesidade de crear un grupo lácteo galego, Fruga propón que os fondos da UE Next Generation se empreguen na constitución deste proxecto. "Queremos amosar a nosa total sintonía coa creación deste proxecto transformador. Foi unha petición da Federación Rural Galega desde o seu nacemento, e a día de hoxe vai sumando máis apoios dentro do sector lácteo galego", lembra a Fruga nun comunicado de prensa. Unha boa parte do leite que se produce na Galiza, advirte a Fruga, non é transformado no territorio galego, e o que se transforma "está destinado a produtos cun escaso valor acrecentado, como pode ser o leite líquido envasado". A venda de produtos de alto valor, expón o sindicato, representa "unha parte exigua dos produtos postos no mercado" por parte das empresas que operan na Galiza. Galiza, pese a redución do número de granxas leiteiras, segue a ser unha potencia en produción de leite, sendo a primeira comunidade no estado español, con perto do 40% da produción total do Estado. "Unha boa parte da produción láctea galega, aproximadamente o 30% do total producido, marcha en cisternas para despois ser transformada noutros puntos do Estado", lamenta a Fruga, que lembra que "malia a redución do número de granxas leiteiras, Galiza segue a ser unha potencia en produción do leite". De feito, é o primeiro territorio no Estado español, con perto do 40% da produción total. Prezos máis baixos Lembra tamén a Fruga que as granxas galegas sofren os prezos máis baixos do Estado. Sinala ao respecto que Asturias, Catalunya, Andalucía ou Euskadi, lugares onde hai unha presenza de grupos lácteos de base cooperativa, contan con cantidades maiores. "A industria láctea asentada na Galiza utiliza a produción galega como a gran xeradora dos seus beneficios. É onde menos pagan, e cos baixos prezos pagados na Galiza poden aumentar os seus beneficios e seguir pagando prezos máis altos noutros puntos do Estado", engade a federación, que denuncia que a Galiza é, "máis unha vez, xeradora de materia prima barata para a industria española e francesa". Neste contexto, a Fruga considera vital unha industria propia, "podendo ser de base cooperativa, que sexa capaz de conseguir o maior valor acrecentado para a produción leiteira galega". Isto, advirte, "non se vai conseguir con multinacionais, que soamente veñan á Galiza conseguir materia prima barata para despois investir os beneficios fóra das nosas fronteiras". "Non queremos unha Alcoa do sector lácteo, que en calquera momento pode abandonar a súa actividade no país, e deixar en difícil situación os gandeiros e gandeiras galegas", salienta o comunicado. Por último, a Fruga empraza a Xunta da Galiza a "ter en conta" as peticións formuladas, "que a día de hoxe xa non son demandadas unicamente pola Federación Rural Galega". "É preciso unificar o maior número de proxectos do sector, para así conseguir unha comercialización forte, que redunde nun maior beneficio para os produtores e produtoras galegas", agrega.
NOS_27549
De seguido, reproducimos a crítica semanal de cinema a cargo de Andrés Castro, que debulla o filme Os odiosos oito, o novo de Quentin Tarantino.
OS ODIOSOS OITO The Hateful Eight (Estados Unidos 2015, 167 min.) Dirección e guión: Quentin Tarantino Fotografía: Robert Richardson Música: Ennio Morricone Elenco: Samuel L. Jackson, Kurt Russell, Jennifer Jason Leigh, Walton Goggins, Demian Bichir, Tim Roth, Michael Madsen, Bruce Dern, James Sparks, Dana Gourrier, Zoë Bell, Gene Jones, Belinda Owino, Channing Tatum SINOPSE Despois da Guerra de Secesión, o cazarrecompensas John Ruth diríxese en dilixencia cara a Red Rock para entregar á perigosa fuxitiva Daisy Domerque sobre a que pesa un lucrativo botín viva ou morta. Polo camiño recolle a Marquis Warren, outro cazarrecompensas, e Chris Mannix, o futuro sheriff de Red Rock. Tras unha forte xistra teñen que facer un alto nunha cabana de montaña onde moran uns individuos con intencións non demasiado amigables. CRÍTICA Título-homenaxe a Fellini con estes "oito odiosos" de Tarantino onde por fin pode deixar ben patente neste, tamén octavo filme, a súa predilección/obsesión polo número oito. En Malditos bastardos eran oito soldados xudeus, en Reservoir Dogs unha banda de oito, en Kill Bill por aí andaba a cousa... e atreveríame a afirmar que na maioría dos seus filmes a trama anda roldando ese número de personaxes. Pero claro, alguén dirá que non é exacto, mais tamén todo depende de como contemos... En fin, deixando de lado esta curiosidade cabalística hai que dicir que Tarantino acadouno outra vez. Fai un filme como lle deu a real gana e hai que dicir que é algo que lle sae extremadamente ben. Por suposto está cheo desa recua de homenaxes e referencias cinéfilas de que tanto gusta (lembremos que aprendeu o que sabe de cine mentres traballaba nun videoclube) pero tamén hai referencias propias. Os odiosos oito defínese mellor coma unha mestura entre Reservoir Dogs e A cousa de John Carpenter Curiosa a conexión directa con Malditos bastardos e Django desencadeado coas que comparte liña temporal autoreferenciada que crea de súpeto un Universo Tarantiniano que ben podería ter continuidade en futuras películas. Oxalá. En canto as súas referencias cinéfilas máis claras a cousa vai desde A dilixencia, O tren das 3:10, Valor de lei, Centauros do deserto, O correo do inferno ou incluso á serie Bonanza. Con todo, Os odiosos oito defínese mellor coma unha mestura entre Reservoir Dogs e A cousa de John Carpenter. É toda unha declaración de intencións que Ennio Morricone (xenio e figura) firme a primeira partitura de western tras case corenta anos, pero unha parte sexan precisamente descartes non utilizados de A cousa, que tamén firmaba. Tamén, como naquela, atopamos encabezando o reparto a un Kurt Russell ben abrigadiño e barburdo. Russell encarna un cazarrecompensas encadeado ao seu botín, que non é outra que a desatada e malencarada Jennifer Jason Leigh (nomeada a Mellor Actriz Secundaria nos Óscar e nos BAFTA). Camiño de Red Rock topan con outro cazarrecompensas interpretado por Samuel L. Jackson e co sheriff do lugar (Walton Goggins). Fan un alto nunha cabana de alta montaña para abastecerse pero quedan atrapados por unha forte xistra. Alí coñecen o resto de "odiosos": o mexicano Bob (Demian Bichir), o verdugo Oswaldo Mobray (Tim Roth), un misterioso pistoleiro (Michael Madsen) e un vello xeneral confederado (Bruce Dern). Oito personaxes que poderían ser nove se incluímos ao condutor da caravana, un tal O.B. (James Sparks), que non ten un papel pequeno precisamente; por iso comentaba ao principio que en canto a números a cousa é discutíbel. Aparte da nomeación de Jennifer Jason Leigh, caeulle tamén unha para para a impagábel banda sonora de Ennio Morricone e outra para a fotografía Tarantino, que tamén fai de narrador en off, conta esta divertida e violenta historia en seis capítulos. Tras unha introdución brutal con títulos de crédito que anuncian un luxoso formato Ulta Panavision 70 (formato non usado desde hai xa 50 anos) con cheiro a western clásico, abre o conto unha escena evocadora da mesmísima Lawrence de Arabia (pero na neve en troques de no deserto). Posteriormente as personaxes van entrando en acción, sen présa, até que temos todos os compoñentes sobre o tapete: unha cabana, oito personaxes que se aborrecen entre si e unha chea de armas. Se esta premisa non fora suficiente para atraer o interese, despois dun demencial capítulo 3 onde Samuel L. Jackson ten unha (máis) desas escenas que quedarán na memoria colectiva, a trama transfórmase nun xogo mestura de A cousa/Cluedo/Agatha Christie onde o espectador entra en xogo para tratar de descubrir quen é/son o/a/os/as asasino/a/os/as... Puro goce para os sentidos. Aparte da nomeación de Jennifer Jason Leigh, caeulle tamén unha para para a impagábel banda sonora de Ennio Morricone e outra para a fotografía, do habitual de Tarantino desde Kill Bill, Robert Richardson que conta xa con nada menos que 3 no seu historial: J.F.K, O aviador e A invención de Hugo. Os odiosos oito non está carente de mensaxe: "os homes brancos están seguros cando os negros teñen medo", en clara alusión ao racismo policial que vive Estados Unidos e polo que tanto foi criticado Tarantino por manifestarse, pero sobre todo é western, comedia, diálogos hilarantes, brutalidade e violencia que linda co gore... Un verdadeiro festín para tarantinianos de pro. E para quen se anda a queixar polas esquinas de que lle sobra máis de media hora, informarlles que hai unha versión de máis de 180 minutos, 20 máis que a metraxe orixinal e só estreada en certas salas, e que un servidor non pensa perder cando teña ocasión...
NOS_22872
O Goberno do Estado español retoma a reforma das pensións. A proposta pactada entre o Executivo español e a Comisión Europea formula ampliar a base de cotización de 25 a 35 anos. Neste caso, a contía das pensións das mulleres caería 10,3%, aumentado máis a fenda cos homes até 35,2%.
As pensións de xubilación das mulleres son 32,8% inferiores ás dos varóns. Neste sentido, o importe medio percibido polas mulleres, 53,8% das beneficiarias da referida prestación, atópase en 701,18 euros mensuais, 381,67 euros ao mes menos que os homes, cuxo valor acada 1.082,85 euros mensuais. O Consello Económico e Social denunciou na súa recente memoria, con datos referidos a 2021, que nese exercicio "volveuse incrementar a fenda entre as pensións galegas e as do conxunto do Estado", ao rexistrar as segundas unha alza de 2,4%. A fenda entre as pensións dos homes e das mulleres está chamada a aumentar no caso de aprobarse a reforma do sistema de pensións defendida desde o Goberno do Estado e a Comisión Europea. A este respecto, os diversos estudos coñecidos nos últimos meses sinalan que as mulleres son un colectivo particularmente afectado polo incremento do tempo de cálculo das pensións. O prestixioso Grupo de Investigación en Pensións e Protección Social, un equipo conformado por profesores da Universitat de València e da Universidade de Estremadura, afirma que "detectamos un posíbel problema de discriminación indirecta por razón de xénero, xa que as mulleres presentan carreiras laborais máis curtas, co cal a súa pensión inicial reduciríase en 10,3%, no caso das cotizantes no réxime xeral fronte á redución dos homes que sería de 7,9%". A contía das pensións das mulleres é 32,8% inferior á dos varóns na Galiza As mulleres perden A ampliación do período de cómputo supón unha redución da pensión das mulleres en relación coa dos homes de 30%. Segundo os expertos da Universitat de València e da Universidade de Estremadura, "a razón da influencia da distinta duración da carreira laboral é a integración de lagoas: a menor carreira laboral máis necesidade de integración de lagoas ao pasar de 25 a 35 anos e maior número delas co 50% da base mínima que co 100%, agás que no futuro se modifique esta circunstancia. As mulleres autónomas [profesionais por conta propia] sairían dobremente prexudicadas con esta proposta. Nesta dirección, o relatorio destaca que "os colectivos máis prexudicados polo alongamento do período de cómputo serían os autónomos, pois a inmensa maioría cotizan polas bases mínimas durante os períodos máis afastados da idade de xubilación". A este respecto, os autónomos presentan un retallo na contía inicial notabelmente superior ao dos traballadores integrados no réxime xeral, sinalando que "estamos diante dunha discriminación evidente". Os investigadores da Universitat de València e da Universidade de Estremadura significan no seu relatorio que "o réxime de autónomos sairía máis prexudicado, cunha baixada de 10,3%, fronte a 8,6% de redución no réxime xeral, debido a que no de autónomos non se integran as lagoas de cotización, é dicir, os meses non cotizados computan con cero euros, penalizando fortemente o valor da base reguladora". Porén, o documento explica que "as mulleres autónomas verían minguado o seu poder adquisitivo en 12,35%". A suba de maternidade debe afectar as pensións de homes A proposta de reforma das pensións repercute nos autónomos. A este respecto, a pensión media no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) é de 620,0 euros mensuais, 92,93 euros mensuais por baixo da media estatal. Asemade, un informe elaborado pola Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) sinala que os traballadores por conta propia da Galiza perciben a contía de xubilación máis baixa do conxunto do Estado español. Novo marco normativo A vindeira semana dá comezo unha segunda quenda para deixar aprobada a reforma do sistema de pensións acordado entre o Estado español e a Comisión Europea. O novo marco normativo impulsado desde o Executivo do Estado implica darlle continuidade á reforma de pensións de 2011, aprobada polo Goberno de Zapatero seguindo as indicacións das autoridades comunitarias. Segundo esa lexislación, o número de anos que se toman para calcular a pensión dos novos xubilados ía subindo paulatinamente dos últimos 15 anos cotizados polo traballador aos últimos 25 entre 2013 e 2022. A pensión media de xubilación sitúase na Galiza case 200 euros por baixo da media estatal A viabilidade do modelo de pensións A suposta falla de viabilidade do modelo de pensións e a súa quebra futura é empregada como argumento para a reforma das pensións Neste sentido, o economista da Universitat de Barcelona Ramón Franquesa destaca a carga ideolóxica da iniciativa e critica o "seu carácter neoliberal".
NOS_23814
Núñez Feixoo deu a coñecer as decisións adoptadas polo comité clínico e que serán de aplicación a partir desta sexta feira e recoñece "unha lixeira tendencia á suba" nos contaxios, nomeadamente na zona de Vigo. "Preocúpanos unha cuarta onda".
Núñez Feixoo anunciou esta cuarta feira as catro medidas adoptadas polo Comité clínico e que entrarán en vigor esta sexta feira, día 16: - Galiza seguirá fechada perimetralmente "ante a tendencia de contaxios noutras comunidades" próximas ao noso país. - Segue a apertura progresiva das residencias de terceira idade (nas visitas pásase de 2 persoas de referencia a visitas sen límite de calquera persoa, sempre con cita previa. Ademais, o usuario dunha residencia pode saír á rúa tres veces por semana) - O toque de recoller atrásase ás 23:00 horas (agora está ás 22:00) - Se ben para a hostalaría se mantén o peche ás 21.00 horas, nos restaurantes poderanse dar ceas até as 23:00 horas, mais hai que ter en conta que se debe chegar a casa ás 23:00. Quen poderá dar ceas até as 23:00 horas? Os locais ter licenza de restaurante, con reserva previa e deberán ter un rexistro de clientes. Ademais vai ter que ter controis da calidade do aire con medidores de CO2. O presidente incidiu en que se estas medidas de apertura ("pequenos pasos cara adiante", chamounas) van redundar nun aumento de contaxios, volveríase á fase de restricións. Incidencia Feixoo informou que a incidencia a 7 días é de 41,8 casos por 100.000 habitantes fronte aos 108,9 da media no Estado español. En 14 días Galiza ten 77,6 casos e a media española é 196,2 casos por cen mil habitantes. Resume a situación en que no Nadal había 7.136 casos activos e hoxe hai 2.400. Menos da metade. Porén, recoñeceu unha "lixeira tendencia á subida" de casos após estas pontes de San Xosé e Semana Santa. Mais enfatizou que as medidas de restricións adoptadas funcionaron e parabenizou "os galegos e galegas" polo comportamento. Restricións en 31 concellos O Comité clínico que asesora a Xunta acordou na súa xuntanza desta terza feira, 13 de abril, manter o nivel máximo de restricións para os concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove. Neles, a hostalaría fica fechada, están prohibidas as reunións de non conviventes e o concello fica baixo feche perimetral. Ademais, o comité de expertos determinou o estabelecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa. O nivel alto implica que a hostalaría só pode abrir nas terrazas, con capacidade de 50%, até as 21 horas. Permítense reunións de até 6 non conviventes no exterior e 4 en interiores. Instalacións deportivas, culturais e de culto non poden superar 30% de capacidade. Hai licerdade de mobilidade por todo o territorio, agás con concellos do nivel máximo. Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño. Este nivel implica que na hostalaría as terrazas non superen a capacidade de 50% e no interior 30%, até as 21 horas. Permítense reunións até 6 non conviventes no exterior e 4 en interiores. As instalacións deportivas, culturais e de culto a non máis de 30%. Hai liberdade de mobilidade por todo o territorio, agás nos concellos do nivel máximo. No resto dos concellos galegos, (onde vive 91% da poboación) estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo: Na hostalaría as terrazas con capacidade de 75% e no interior de 50%, até as 21 horas, permítense reunións até 6 non conviventes no exterior e 4 en interiores, as instalacións deportivas, culturais e de culto a 30%; e hai libre mobilidade, agás concellos do nivel máximo.
NOS_3636
Unións Agrarias esixe que a Xunta garanta a comercialización de toda a uva dispoñíbel nesta colleita dentro das respectivas denominacións de orixe e cualifica de "alarmante" a situación en que se atopan "numerosos viticultores".
O sindicato vén de reclamar á Consellaría de Medio Rural "implicación" para que os produtores "poidan dar saída a toda a produción dispoñíbel nesta campaña". Segundo explica a central, a cantidade de uva excede en moitas parcelas as cotas fixas aprobadas polos consellos reguladores. "Se non se habilitan medidas excepcionais, numerosos viticultores veranse na obriga de deixar parte da súa uva sen recoller por non poder vendela", engade. Ao ver de Unións Agrarias, o Goberno galego e os consellos reguladores -son cinco e deles dependen as denominacións de orixe- deben "habilitar coa máxima urxencia un mecanismo que permita aos produtores que se achen nesta situación beneficiarse dunha inspección das parcelas que corrobore os datos reais de produción e que lles permita dar saída á totalidade da colleita". Máis alá, o sindicato entende que cómpre mudar "o actual modelo de rendementos fixos por un variable" para adaptar as cotas "á realidade das distintas subzonas e variedades produtivas".
NOS_7779
Foi promotor e presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos e un dos grandes dinamizadores da nosa música, desde a recompilación de pezas con gravacións de campo até o impulso de asociacións de base.
Santiago Caneiro Aneiros faleceu aos 58 anos de idade e deixa un profundo pesar na cultura galega, nomeadamente na relacionada coa música tradicional á que dedicou a súa vida. Foi promotor e presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) e da Banda de Gaitas de Narón. "Un dos bos e xenerosos que deu a Nosa terra, adicou a súa vida á música tradicional, en multitude de tarefas, facendo gravacións de campo aos nosos vellos, impulsando asociacións culturais de base, grupos de Gaiteiros, de pandeireteiras, bandas de gaitas, escolas de musica tradicional, facendo foles de gaitas, mellorando os instrumentos de percusión, empresas de xestión cultural, sempre con humildade e de xeito altruista", salientan desde a AGG:. A capela ardente permanecerá no Tanatorio Artabria, (A Gándara, Narón) na Sala 8 ata esta terza feira as 18.30h. cando se fará a saída cara ó cemiterio Pantín, Valdoviño.
NOS_3800
Hai máis de sesenta anos, foi o vinte de setembro de 1958, que morreu José Rodríguez de Vicente, coñecido como Joselín, pioneiro na arte da narración oral. Emigrado en 1916 en Uruguai crea o personaxe de Joselín para contar contos.
O 31 de agosto de 1920 a Academia celebrou sesión en Mondariz. Foi a recepción como académicos de Rey Soto e Cabanillas. E houbo unha homenaxe a Murguía, que non puido asistir debido á idade. Foron tres xornadas de exaltación da cultura galega no complexo turístico máis prestixioso da Galiza do seu tempo, o que provocou algunhas críticas por parte de académicos que non achaban correcta a celebración de actos da Academia fóra da sede coruñesa da institución. A prensa salienta a magnífica leitura que do soneto de Cabanillas fixo Rodriguez de Vicente. No teu escudo, seu blasón, seu sello, tral-o rudo loitar, pon a Vitoria. ¡Xa te agarima baixo as áas a Groria, mestre e patriano, nobre e santo vello! Ó teu xigante esforzo e san consello debe a Terra gallega súa historia, i-ondequeira que d'Ela haxa memoria teus estúdeos serán fonte i-espello. Miña y-alma, pasmada do tesouro d-unha vida cuaxada en libros d'ouro que forxa a cencia i-o talento adoba chega hastra tí, saúdate e, incrinada, bica as mans que na Suevia esnaquizada Un mes máis tarde estrearía no teatro Cabanillas de Baiona a súa primeira obra de teatro titulada O Redentor. A obra foi posta en escena con elementos da compañía Gómez Rocafull, que actuaba na vila e foi dirixida polo autor. Novamente emigrado, en Bos Aires conduciu o primeiro programa de radio galega La Hora Gallega, o programa que o consagrou como contador de historias postas na boca dun galego de aldea, iletrado mais cheo de sabedoría.
NOS_55522
A Coordenadora anti-privatización da sanidade pública alerta do constante aumento das listas de espera.
A 'maré branca' convocou unha concentración este domingo en Coruña para denunciar "o estrago da sanidade pública" que en Galiza e o Estado español está a ter lugar baixos os gobernos do Partido Popular. A Coordenadora anti-privatización da sanidade pública bota man das estatísticas fornecidas polo Consello Económico e Social para afirmar que desde o ano 2010 os recortes reduciron en máis dun 23 por cento o orzamento sanitario de Galiza. Esta porcentaxe está por riba da redución media do orzamento sanitario no Estado nese mesmo período. Ademais, denuncian que as listas de agarda diagnósticas pasaron de 69.000 persoas en setembro de 2014 a ser agora, case dous anos despois, de 85.670, o que supón un incremento de perto de 17.000 doentes. A isto engaden as denuncias sobre recortes en medio e persoal que sofre a sanidade galega, facendo especial fincapé na clausura de camas que durante o verán ordena o Sergas nos complexos sanitarios de Galiza. Tamén denuncian que se derivan doentes da pública cara á privada.
PRAZA_20132
O actual secretario de Organización encabeza a candidatura de consenso da central nacionalista, que renovará a súa executiva nun 60% e que insiste na necesidade cada vez maior da organización dos traballadores e reivindícase fronte ao "sindicalismo de pacto social"
A Confederación Intersindical Galega (CIG) celebra esta fin de semana o seu VII congreso. Baixo o lema Coa CIG somos máis fortes, un total de 706 delegados e delegadas elixirán a nova executiva do sindicato nacionalista, que marcará as liñas de traballo a seguir para o vindeiro período. E será Paulo Carril, até o de agora secretario de Organización, quen substitúa na secretaría xeral a Suso Seixo, que abandona o cargo logo de 16 anos. Paulo Carril, secretario de Organización e líder comarcal na Coruña durante máis dunha década, encabeza a candidatura de consenso Paulo Carril, secretario comarcal da CIG na Coruña durante máis dunha década ata que ocupou a secretaría de Organización hai catro anos, lidera a candidatura de consenso e continuísta para a executiva confederal e colle a remuda de Seixo, que deixa saneadas as contas do sindicato co maior número de afiliados de Galicia -máis de 65.000- e que podería acabar tamén como primeira forza en canto a número de delegados nos centros de traballo do país a finais deste ano. A CIG renovará a súa executiva confederal nun 60% Rematado o prazo de presentación de candidaturas, confírmase que só unha concorrerá á executiva confederal e á secretaría xeral nun congreso que a CIG define como "histórico". "As compañeiras e compañeiros que ergueron a central sindical nacionalista dan a remuda a unha nova xeración que será, en diante, a encargada de dirixila", destaca. A renovación da dirección da central, unha vez ratificada no cónclave, será do 60%. Así, á marxe da marcha de Seixo, deixarán a dirección Francisco Miranda Vigo, secretario confederal de Comunicación e Propaganda; Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral; ou Ramiro Oubiña, secretario confederal de Finanzas, ademais da falecida Elvira Patiño. A CIG lémbraos advertindo o seu "enorme sacrificio persoal, coherencia e un compromiso inquebrantábel co noso país e coa clase traballadora galega" e por ser capaces de "converter" o sindicato "no que hoxe é a CIG". Na presentación do congreso -que se desenvolverá o sábado 27 e o domingo 28 no Pazo de Congresos de Compostela, en San Lázaro-, Seixo incidiu no seu lema, que pretende poñer en valor a importancia do sindicato. "É fundamental que as traballadoras e traballadores estean organizados e teñan capacidade para defenderse de forma colectiva", advertiu o aínda secretario xeral, que insiste en que "se está a agudizar a loita de clases" e alerta fronte a esa "idea que transmite o neoliberalismo de que non hai clases sociais, que a loita de clases está superada e que as organizacións sindicais tradicionais non temos moita razón de existir". Seixo defende a vixencia do "sindicalismo distinto" da CIG fronte ao de "pacto social" que atribúe a CCOO ou UGT Para Seixo, "os sindicatos seguen estando totalmente de actualidade" ante o "incremento das diferenzas sociais, a acumulación de poder político e económico en poucas mans e unha sociedade cada vez máis antidemocrática". Pero aclara, con todo, que "tampouco serve calquera tipo de sindicalismo". Abordando os textos a debater no congreso, o secretario xeral censurou denunciou o "sindicalismo de pacto social" que, segundo di, practican CCOO e UGT, aos que acusou de, "mesmo en tempos tan difíciles", manter "esa política de colaboración e de entreguismo ao poder económico e político". Así, Seixo aposta por ese sindicalismo "completamente distinto que representa a CIG" e que, segundo di, foi o que levou a organización a ser a primeira central de Galicia en afiliación, pero tamén "en infraestrutura e capacidade mobilizadora", e estar a só unhas décimas de ser tamén a líder en representación. A CIG márcase de cara a este seu sétimo congreso o obxectivo de mellorar nos métodos de traballo e facer o sindicato "cada vez máis próximo e máis presente nos centros de traballo". Así, Seixo aposta por que todos os cargos e liberados da central deben centrarse neste propóximo porque "non se pode agardar a que todos os traballadores e traballadoras veñan polo sindicato". "Ten que ser o sindicato quen vaia aos centros de traballo, porque os problemas están aí e nós temos que ser unha arma operativa clara nas mans da clase traballadora para defenderse de tantas agresións", di.
NOS_24681
Encontro feminista en Compostela de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras, deputadas provinciais e candidatas ás eleccións locais para reafirmar a idea de que os concellos liderados polo BNG son "concellos aliados das mulleres".
Santiago acolleu esta quinta feira un encontro de cargos institucionais e políticos do BNG , unha xuntanza na que se promoveu que os concellos onde hai liderado nacionalista son municipios " aliados das mulleres". A portavoz nacional, Ana Pontón, chamou a plantar cara ante o discurso "neomachista" da man da dereita españolista. "Queren facer negacionismo da violencia de xénero, queren a volta das mulleres ao fogar", recalcou. Ante este escenario involucionista Pontón pideu ás mulleres "rebelarse" aproveitando as datas do 8 de marzo e os comicios do 26 de maio. A líder nacionalista avanzou que o Bloque apoiará a manifestación así como a folga laboral e de servizos prevista para o 8M, e de cara aos comicios locais, avanzou propostas do programa electoral a favor da igualdade. Entre elas, evitar que nin un só euro público se destine a empresas que discriminan ou precarizan ás mulleres. Así, explicou, a través dunha cláusula de igualdade na contratación pública, o BNG propón asumir "unha contratación pública responsábel que garanta valores como a dignidade do traballo, a igualdade de xénero e o respecto polos dereitos fundamentais. A Administración debe dar exemplo", subliñou Pontón. Para iso, avanzou, estableceranse criterios para que a través da contratación publica se promova a igualdade con plans específicos nas empresas, medidas que favorezan a conciliación, representación equilibrada de mulleres nos cadros de persoal ou apostando por dar estabilidade ao emprego feminino.
QUEPASA_483
Fin de semana de vertixe para o directo Manuel Lógar. A estrea da documental sobre a vida e o traballo dos percebeiros de Muxía tivo lugar este venres en ducias de salas de todo o estado. Ademais, este sábado estivo nas Xornadas de Sostibilidade do Monte e o Mar que se celebraban en Corcubión, compartindo ademais experiencias cos asistentes. Falamos con el da estrea, do documental e do estado de degradación da nosa sociedade.
QPC: Que tal foi esa estrea a nivel estatal? E que tal as conversas no marco das Xornadas de Corcubión? Estamos moi contentos polo apoio da xente nestos primeiros días de proxecións. É verdade que a primeira fin de semana é vital que a xente vaia ás salas para que poidamos sobrevivir outra semana máis, a competencia cos outros filmes é moi forte. Foi ben, como primeira edición dunhas conversas como estas resultou moi interesante. É necesario poder falar do documental dende un punto de vista máis medioambiental. Pode ser que a película teña esa parte didáctica que, para a xente que descoñeza este entorno, axude a comprender e empatizar máis cos percebeiros. QPC: Que che levou a situar a vida e o traballo dos percebeiros como centro da túa película-documental? dDe onde vén a túa vinculación coa Costa da Morte? Ter a posibilidade de coller unha figura case mitolóxica en Galicia, como é a dos percebeiros, e humanizala, facela real que palpable. Creo que acercar ó público a realidade dos percebeiros e pescadores da Costa da Morte, pode axudar a empatizar con eles e crear conciencia sobre o abandono que está a sufrir o rural en Galicia, ou por que non dicilo, en toda Europa. A miña vinculación é o simple interese e curiosidade polo seu traballo. Eu como neno de cidade, criado na Coruña, sentía que me faltaba sumerxirme nas nosas costas para entender as dinámicas e movementos sociais de Galicia. O hipnotismo que me provocaba o mar e as súas xentes foi a chispa que me fixo comezar a investigación, como traballo final de grao, ata chegar ós percebeiros de Muxía. QPC: É o teu primeiro proxecto na Costa da Morte? Será o último? É o primeiro, e en canto a longametraxes a miña ópera prima. Nos meus vindeiros proxectos gustaríame distanciarme do rural e tratar máis o entorno urbano galego, sen moita representación no cine galego. Pero definitivamente a atmósfera da Costa da Morte non é algo do que poidas esquecerte facilmente. Estou seguro de que no futuro acabarei volvendo a rodar de novo nestas costas, existe una pulsión que me empurra a facelo, aínda que podería ser tanto documental como ficción. QPC: Que pensabas que ías atopar e que che atopaches en realidade? Non esperaba encontrarme cun entorno tan poderoso, cunha forza sensitiva tan enorme, e ao mesmo tempo estar tan esquecido polas institucións. Creo que o modelo que están aplicando para a mellora social e económica na Costa non é o máis beneficioso para as súas xentes. Como todo na vida, incluso no traballo dos percebeiros, polo traballo de moitos gañarán uns poucos. A Costa da Morte é un patrimonio ecolóxico e cultural enorme, que debe tratarse como tal. QPC: Canto tempo taballastes sobre o terreo e que destacarías da convivencia necesaria co teu obxecto de estudo? Durante o ano anterior á rodaxe, fixen visitas esporádicas nas que ía coñecendo lugares e persoas, acotando así os posibles persoaxes, paisaxes, entrevistados… Aínda que sendo cine documental, a improvisación é a túa arma de doble fío, para ben e para mal, polo que moitas cousas cambiaron na rodaxe. Esas visitas axudaron a crear un vínculo entre os percebeiros e nós, e a entender as súas dinámicas. Como sempre digo, sempre fomos moi ben acollidos, quizáis pola nosa intención de mostrarnos honestos co que buscábamos, e atenernos sempre aos consellos dos protagonistas, sobre todo nas rochas. QPC: Cal é o teu obxectivo principal coa difusión do teu traballo en Galicia? Non existe un obxectivo como tal. Facer películas creo que debe ser unha necesidade máis que desexo. Nesta película retrato una realidade que creo que é importante que se teña en conta, tanto en Galicia como no resto do mundo. Pero tamén expoño conflitos e sensacións persoais, que se misturan ata formar una película que, espero, chegue o interior dos espectadores, tanto na reflexión como nas emocións. QPC: Que lles dirían aos mozos que nun futuro teñan ou desexen desenvolver proxectos de vida e traballo no rural galego? Que se esta rexión é respetada e tida en conta polas institucións, e se acaba por entender que o rural non é o mesmo en toda a península, ou en toda Europa, que cada rexión ten as súas particularidades e necesidades, aquí hai futuro. Aínda co cambio de mentalidade de cara ós avances no trato do medioambiente ten que facerse social e politicamente, co obxectivo de resultar favorables para a xente. A Costa da Morte, en canto a riqueza do seu entorno, pode chegar a rexurdir con forza dunha crise demográfica máis que evidente. QPC: En clave medioambiental, consideras que ante o estado de degradación xeneralizada do planeta e dos seus recursos hai un aumento de sensibilización social respecto diso ou unha aposta social e política por iniciativas que integren propostas máis sostenibles co planeta, igualitarias en canto á perspectiva de xénero, ou que incorporen máis e distintas sensibilidades cara ao coidado? Isto xa é algo evidente. O que se viviu no Prestige foi un adelanto do que debería estar por vir. As novas xeración saben co seu futuro pende dun fio, e agora eles teñen a sartén polo mango, están tomando o control. Como en tódalas revolucións, sempre haberá xente que intente aproveitarse destes movementos, tamén, como digo, ocorreu o mesmo no Prestige. A loita medioambiental e social é una realidade, e a única maneira que entornos deprimidos e non tidos en conta polo modelo económico que manéxase estatalmente (contraproducente para elas) sobrevivan ó centralismo nas urbes, e coa loita por un entorno san e xusto. O futuro da Costa da Morte será ecolóxico, ou non será.
NOS_41634
Investigadores, técnicos,... o persoal que en Galiza traballa no eido do I+D+i está a engrosar a lista de desemprego a pasos axigantados. Só entre 2010 e 2012 no noso país destruíronse 1.240 empregos de persoal investigador. Unha media de un por día.
É, quizás, unha das promesa dos discursos políticos que menos se cumpre. A promesa de apoiar e apostar polo I+D+i polo que supón de ferramenta, din, para unha economía competitiva e que xere moito valor engadido. Mais esas promesas, recorrentes, na realidade non se cumpren. Así o indica, alomenos, os datos do Instituto Nacional de Estatística e Instituto Galego de Estatística no que a Galiza e investigación, desenvolvemento e innovación se refire. O gasto en I+D caeu en máis dun 7% en Galiza. Na media do Estado, esa baixa foi dun 5,6% No noso país destruíronse nestes tres anos (2010, 2011 e 2012) un total de .1240 postos de traballo de persoal investigador. Desde técnicos e auxiliares até investigadores principais. En 2010 o I+D supoña en Galiza 6.683 postos de traballo EDP (equivalencia a xornada completa). A finais de 2012 esa cifra derrubárase a 5.443. Uns números que indican que na Galiza pérdese un empregos de persoal investigador cada día. Tesoira Só en 2012, e como informa El Correo Gallego, foron 781 os empregos perdidos en persoal investigador. Unha sangría. E desde o goberno galego optaron por meter tesoira tamén neste eido, no I+D+i, malia as reiterados discursos e promesas en senso contrario. Así, e como lembra este xornal, Galiza ocupa o 12 posto en canto ao esforzo (en relación co PIB) dos territorios do Estado español pola investigación e desenvolvemento. E o gasto en I+D caeu no noso país un 7,3 por cento, case dous puntos máis que a media do Estado español (xa de por si baixa), que foi dun 5,6%.
NOS_40168
Animación á lectura, ilustración, música, teatro. As infinitas dimensións do libro dirixido aos máis pequenos teñen o seu lugar no Salón Internnacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebra estes días e até o 12 de abril. Non é menor o espazo dedicado a exposicións: quince mostras de fasquía diversa puntúan a cidade e os escenarios do encontro.
É o Pazo da Cultura, núcleo da programación desta 20ª edición, o que acolle maior número, en concreto oito. Deseñadas pola Asociación Socioeducativa e Cultural Paspallás en colaboración con Trisquella, Ana Seoane e Elefantes de Cacharrería, unha delas céntrase nos traballos de máis de 60 centros de ensino. Outra recolle os poemas de Antonio García Teijeiro, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, e as ilustracións de Marcos Viso: Paseniño, paseniño. A gañadora do segundo concurso Internacional de Ilustración do Salón, a estoniana Tiiu Kitsit, expón Revolución!, "mostra que pon en valor o potencial expresivo e comunicativo da ilustracións". O Premio Andersen de Ilustración Roger Mello amosa "de forma delicada, poética e orixinal" a "dura realidade cotiá dun rapaz que traballa nas minas de carbón de Brasil": Carvoeirinhos. "A materia prima do seu traballo nestes libros son os movementos das pequenas cousas que na nosa velocidade interior adoitan impedirnos percibir", explica a organización sobre a exposición Voar, do debuxante brasileiro André Neves. O percorrido literario e visual de Cátia Vidias "polas máis destacadas figuras femininas de Portugal" é Portuguesas con M Grande. O alumnado do mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Universidade de Vigo ofrecen a súa ollada en R-evolución do MI. No recinto feiral "As poéticas imaxes de Susana Suniaga viaxan por distintos espazos urbanos desde a perspectiva imaxinada dunha nena", di o Salón do Libro sobre A miña cidade, unha das cinco exposicións do recinto feiral. Poemas de João Pedro Mésseder, imaxes de Ana Biscaia e deseño de Joana Monteiro forman Clube Mediterráneo, "orixinal e revolucionaria instalación sobre o darama dos refuxiados". Ángel de la Calle ensina en Ao final da fuxida o making of da súa novela gráfica Pinturas de guerra. Vinte e cinco alumnos e alumnas do curso profesional de banda deseñada de Garaxe Hermético confeccionaron Intraterra, unha BD subterránea, cuxas láminas poden verse no recinto. O segundo andar do claustro no edificio sarmiento do Museo de Pontevedra expón en Motim obra do Movimento de ilustração portuguesa.E na biblioteca pública Antonio Odriozola, ilustradoras e ilustradores de Galiza, Moçambique, Cabo Verde e Guiné-Bissau fan parte da exposición Os obxectivos do desenvolvemento sostible, realizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. No Pazo da Cultura e no recinto feiral hai, ademais, ambientación xeral proporcionada pola asociación Paspallás, Trisquelia, ana Seoane e Elefantes de Cacharrería. A 20ª edición do Salón do Libro de Pontevedra ten como cultura invitada a lusofonía e como lema Revolución .
NOS_14684
Camilo Franco volve ao xornalismo, desta volta, desde as salas do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Mais non serán artistas as persoas entrevistadas. O xornalista conversará con visitantes para o proxecto de investigación "Queres ser arte contemporánea?".
A próxima semana, o crítico e xornalista Camilo Franco asentarase no CGAC para iniciar o seu novo proxecto "Queres ser arte contemporánea?" que consistirá en entrevistar a visitantes do centro co fin de coñecer o nivel de implicación, a interpretación e a relación coas propostas artísticas alí expostas do público visitante. O proxecto desenvolverase dos días 26 de febreiro a 1 de marzo e en horario de 11 a 20 horas. Con cada persoa que se preste ao experimento, o xornalista realizará encontros de 15 minutos que partirán do hall do CGAC para conducirse a través da mostra 93 que se desenvolve nos tres andares do centro. A través das preguntas, das respostas e das reaccións, Camilo Franco construirá o panorama da relación do público, mediante unha cata, coa experiencia artística de encontro coas obras plásticas. Cos resultados compartidos ao día As persoas que decidan participar no proxecto serán fotografadas coa peza que elixan ou no espazo que prefiran, co fin de contribuír a mostrar as súa relación co espazo expositivo e as obras mostradas. Cada día, o resultado das entrevistas coas imaxes serán compartidas no blog da web www.camilofranco.eu. Para participar do proxecto pódese combinar a través do correo electrónico [email protected] ou mesmo de maneira espontánea no transcorrer da propia visita ao centro. O novo proxecto de Camilo Franco partilla doutros xa elaborados polo xornalista no que por medio do convite á participación construía obras literarias na rede ou, de maneira presencial, en diálogo co público, experimentaba novas maneiras de creación.
NOS_50113
Aquela Galiza derrotada no século XIV, con parte das súas clases dirixentes xa alleas ao país, aínda dispuxo de folgos para erguerse de novo en base ao vello proxecto dunha Galiza arredada de Castela, unida a Portugal e arrimada, no ámbito xeoestratéxico, ás potencias marítimas europeas
Fica moito por aclarar da revolta galega contra Castela da penúltima década do século XV. Aquela Galiza derrotada no século XIV, con parte das súas clases dirixentes xa alleas ao país, cos vencellos co irmán portugués máis debilitados, sen os apoios internacionais debidos malia os centos de anos de relacións intensas no espazo atlántico, aínda dispuxo de folgos para erguerse de novo en base ao vello proxecto dunha Galiza arredada de Castela, unida a Portugal e arrimada, no ámbito xeoestratéxico, ás potencias marítimas europeas. Foron os días de Pedro Álvarez Osorio, o noso conde vello de Lemos que Vasco da Ponte viu como "a luz e o lume do Reino de Galiza", de Pedro de Soutomaior, o conde de Camiña pero tamén o Pedro Madruga, cuxas vitorias aínda lembran no sur da nación, e de Pedro Pardo de Cela, o rebelde do norte galego que lle botou peito e perdeu a cabeza a mans dos exércitos dos Reis Católicos. A súa participación naquelas xornadas de loita contra as tropas dos Reis Católicos, que se demoraron durante practicamente dunha década, quedaron gravadas na documentación contemporánea e na memoria oral. Fixo parte dunha xinea rebelde entregada a edificar unha Galiza dona de seu. Descendente directa do rei García, o único dese nome que tivo Galiza, formou parte da casa dos Castro, aqueles nobres galegos e, tamén portugueses, que soñaron revoltas, fixeron revolucións, morreron e volveron erguerse. Foi filla de Beatriz de Castro, bisneta daquel Alvar Pérez de Castro, irmán da raíña Inés de Castro e de Pedro Álvarez de Osorio, o señor da Cabreira e da Ribeira, cabeza da nobreza galega na segunda metade do século XV, entregados os dous nunha peza a reconstruír o poder da súa casa tras a derrota de finais século XIV e a rescatar o vello proxecto dunha Galiza libre e hexemónica no espazo ibérico pola que loitaron e perderon todo. A súa figura estivo ligada aos capítulos decisivos da revolución galega do século XV. Casada en primeiras nupcias con Galaor Mosquera, membro dunha familia ligada de vello á casa de Castro, após a súa morte deslocouse a Mondoñedo, onde o seu tío Pedro Enríquez ocupou o bispado durante máis dunha década, non tardando en xuntarse con Pedro Pardo de Cela, con quen viviu aqueles días de lume e ferro en pelexa contra Castela. A súa participación naquelas xornadas de loita contra as tropas dos Reis Católicos, que se demoraron durante practicamente dunha década, quedaron gravadas na documentación contemporánea e na memoria oral. Neste sentido, son múltiples as lendas nas terras da Mariña que a sitúan resistindo no castelo da Frouseira ou xestionando un perdón para salvar a vida a súa parella, finalmente degolada en 1483. O asasinato de Pardo de Cela deu un novo pulo a súa loita. Se a filla primoxénita, Beatriz, canda o seu compañeiro Pedro de Bolaño, mantivo a rebeldía durante anos nas terras da Mariña e Ortegal, a menor, Constanza, após a execución do seu pai, refuxiouse canda o seu marido Fernán Arés de Saavedra, no castelo de Vilaxóan ou de Caldaloba, na parroquia de San Martiño do Pino, no concello de Cospeito, onde resistiu o cerco das tropas casteláns, comandadas por Diego López de Haro, ao longo dun ano, morrendo durante o asedio a finais de 1484. Mentres tanto, Isabel fixo fronte á dura represión que os Reis Católicos abriron contra os seus, defendéndose durante anos dos múltiples procesos xudiciais abertos polas autoridades estranxeiras e mantendo a chama acesa da Galiza arredada de Castela pola que loitou a súa xinea durante séculos.
PRAZA_10343
Os residuos procedentes da dragaxe da Ría de Pontevedra ían ser depositados inicialmente na contorna da Illa de Tambo, pero ante as protestas, o organismo dependente da Consellería do Mar trasladou o problema, espertando a protesta das confrarías e da PDRA
Confrarías, partidos políticos a a PDRA posicionáronse publicamente contra o proxectoHai uns días Portos de Galicia autorizou o proxecto para a descarga de 330.000 metros cúbicos de lodos procedentes da futura dragaxe da Ría de Pontevedra nun espazo situado a dúas millas da Illa de Sálvora. A decisión do organismo dependente da Consellería do Mar foi de inmediato recibida con críticas de partidos políticos, entidades ecoloxistas, confrarías e da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA). A Illa de Sálvora (Concello de Ribeira) forma parte do Parque Nacional de las Illas Atlánticas e, ademais, sinálase o prexuízo que estes residuos poderían provocar aos bancos marisqueiros da Ría de Arousa, a máis rica de Europa.Os lodos ían ser depositados nun comezo nas proximidades da Illa de Tambo, pero a protesta das confrarías da Ría de Pontevedra fixo que Portos de Galicia optase por trasladar o problema a Sálvora. Alí existe dende hai tempo un punto de vertidos que xa fora denunciado noutras ocasións e no que hai uns anos se acumulara xa unha montaña de residuos de máis de 20 metros. A autorización da entidade dependente da Consellería do Mar necesita aínda o visto bo da Consellería de Medio Ambiente.A autorización de Portos de Galicia necesita aínda o visto bo da Consellería de Medio AmbienteO pasado venres os patróns maiores da Ría de Arousa, encabezados polas confrarías de Ribeira e Aguiño, posicionáronse publicamente contra o proxecto de vertido e anunciaron que este martes manterían unha xuntanza coa conselleira do Mar, Rosa Quintana. As confrarías amósanse moi críticas co feito de que Portos de Galicia autorizara esta operación sen consultar co sector e nin sequera informalos previamente. Esta fin de semana a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) pronunciouse en contra do depósito de lodos, iniciando a organización e os movementos para deter o proxecto. O vertido produciríase na mesma canle de entrada da ría, por onde penetra unha corrente oceánica fundamental para asegurar a riqueza biolóxica de ArousaA PDRA e as confrarías da ría advirten de que o problema non é novo, pois o vertido produciríase nun punto que vén sendo utilizado dende hai 30 anos para depositar este tipo de residuos. Este lugar acumula xa cinco millóns de metros cúbicos de sedimentos e atópase na mesma canle de entrada da ría, un espazo polo que penetra unha corrente oceánica que é fundamental para asegurar a riqueza biolóxica da Ría de Arousa.Xaquín Rubido, presidente da PDRA, subliña que a actual montaña de sedimentos xa está a provocar problemas na ría, en parte porque parte dos residuos quedan na superficie, enturbando as augas. Advirte, ademais, de que os depósitos procedentes da Ría de Pontevedra serían moito máis grandes e producirían un prexuízo maior, alertando así mesmo da posible presenza de elementos contaminantes, dada a orixe urbana e industrial dos lodos que se guindarían na contorna de Sálvora. A PDRA convocou unha xuntanza monográfica para a tarde deste luns en Carril, na que as entidades que conforman a plataforma, procedentes de todas as beiras da ría, tratarán a cuestión e a posible convocatoria de mobilizacións. A Xunta pide que "non se alarme" e di que aínda non decidiu nadaA Xunta está a verificar "a posibilidade de verter en puntos situados fóra da ría e xa autorizados en ocasións anteriores", pero di que aínda non adoptou a decisión definitivaO Goberno galego pediu este luns "que non se alarme de xeito inxustificado sobre esta actuación", afirmando que aínda non se adoptou unha decisión definitiva "á espera dos informes encargados para o seu deseño". A Consellería do Mar asegura que mantén o seu "compromiso de avanzar na dragaxe da ría de Pontevedra" e que está a facer "as xestións precisas para atopar a mellor solución posible sen prexudicar ao sector pesqueiro e marisqueiro da zona". A Xunta afirma que decidiu cambiar o punto de vertido dos residuos do Lérez "tras comprobar que este asunto, o do punto de vertido, era o principal problema que bloqueaba o proxecto". O Executivo sinala que "ante esta situación, estase a verificar a posibilidade de verter en puntos situados fóra da ría e xa autorizados en ocasións anteriores co obxectivo de axilizar a tramitación", sinala en referencia á contorna da Illa de Sálvora. "Non obstante, non hai ningún punto elixido, como se está a dicir, senón que é algo que se está a estudar", engade. Oposición política"Non parece razoable que se rexeitase Tambo polo impacto que suporía para o seu entorno e a súa produción marisqueira, e a solución sexa depositalos na ría mais produtiva do mundo"En Ribeira o BNG cualifica o proxecto de "atentado ambiental e económico" e sinala que a Consellería do Mar busca "converter Sálvora nun vertedoiro". De igual xeito, Suma Ribeira anuncia a súa "oposición activa" aos vertidos. Para o deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará, o anuncio do vertido dos lodos na foxa de Sálvora "crea un problema onde non o hai" e, ademais, non achega a realización da necesaria dragaxe da Ría de Pontevedra: "a Xunta busca escusas e lanza globos sonda para xustificar unha nova paralización do proxecto", di. Mentres, para os deputados de En Marea Paula Quinteiro, Flora Miranda e Marcos Cal, "non parece razoable que se rexeitase Tambo, polo impacto que suporía para o seu entorno e a súa produción marisqueira, e a solución sexa depositalos na ría mais produtiva do mundo". Os tres parlamentarios reclaman "unha alternativa a Sálvora" para o depósito de lodos procedentes do Lérez.
NOS_51319
A Xunta de Galiza, a través da Comisión Escolar de Alertas, informa da suspensión de toda actividade docente na segunda feira, 15 de febreiro, en determinados concellos de comarcas do interior do país. Espéranse nevaradas que acadarán os 30 centímetros.
Os centros de ensino situados en determinados concellos de comarcas do interior de país non abrirán esta segunda feira, 15 de febreiro, debido ás nevaradas previstas. Segundo Meteogalicia a neve acadará os 30 céntimetros. Neste contexto, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica das comarcas do interior. Ademais, no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopen os centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores e directoras poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse nesta ligazón.
NOS_28421
En Venhan Máis Cinco este sábado intercambiamos impresións con Miguel Anxo Bastos Boubeta, politólogo e profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela.
-Como avalías o estado actual da política galega? -Aínda que poida parecer tópico é moi estábel. O PP segue a dominar electoralmente como foi durante os últimos 25 anos e cunha oposición dividida e incapaz de formar una alternativa clara. -Que evolución agardas da política galega a cinco anos vista? -Se non hai mudanzas maiores prevexo o dominio eleitoral do PP (non ten rivais coñecidos no seu espectro político que cada vez é máis amplo). No ámbito da esquerda témome que o PSdG vai seguir a liña dos partidos socialista europeus e irá pouco a pouco perdendo forza, sendo superado por alternativas de novo tipo. En principio parece que seu espazo debería collelo a Marea, pero se o BNG xoga con habilidade a ser a alternativa ao PPdG pode selo ele perfeitamente. Organizativamente ten menos eivas que a Marea e aparenta una forza máis compacta. Pero todo isto depende das decisión que uns e outros dirixentes adopten. Sermos fixo una aposta moi arriscada por combinar o dixital e o papel e non ten por que saírlle mal de todo -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Sermos fixo una aposta moi arriscada por combinar o dixital e o papel e non ten por que saírlle mal de todo. De momento é todo un referente na cultura do nacionalismo galego cun xornalismo de gran calidade. Pode buscar non só recoller o público nacionalista que ainda existe en Galiza, senon contribuír á formación de novos cadros e simpatizantes da causa nacionalista. Muitos dos mozos e mozas cos que teño a fortuna de tratar, aínda sendo persoas conscentes e cultivadas teñen, poucas referencias culturais e políticas, no só nacionalistas, senón inclusive galegas e este xornal pode servir polo menos para dalas a coñecer. A aposta que creo que se fai de primar a cuestión nacional sobre o discurso ideolóxico de clase paréceme moi acaída. E máis necesario que nunca un foro que discuta en clave galega temas culturais, económicos, lingüísticos ou políticos sen atender as presións informativas ás que está máis submetida a prensa diaria. Creo que a liña que se segue merece perdurar.
NOS_55634
Na categoría de Letras, o galardoado foi Bernardino Graña; en Artes Visuais, Antón Pulido; en Artes Escénicas, Nova Galega de Danza; en Música, Natalia Lamas Vázquez; en Audiovisual, Zaza Ceballos; en Lingua, o programa da TVG Dígocho Eu!; en Patrimonio Cultural, o mosteiro de San Pedro de Rocas; e en Proxección Exterior, a Federación de Asociacións Galegas República Arxentina.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolleu este sábado a gala dos Premios da Cultura Galega 2021, que recaeron, entre outros, no poeta Bernardino Graña, o Programa da TVG Dígocho Eu!, o mosteiro de San Pedro de Rocas. a produtora Zaza Ceballos, ou o artista Antón Pulido. A inmensidade poética de Bernardino Graña Na categoría de Letras, o galardoado foi Bernardino Graña; en Artes Visuais, Antón Pulido; en Artes Escénicas, Nova Galega de Danza; en Música, Natalia Lamas Vázquez; en Audiovisual, Zaza Ceballos; en Lingua, o programa da TVG Dígocho Eu!; en Patrimonio Cultural, o mosteiro de San Pedro de Rocas; e en Proxección Exterior, a Federación de Asociacións Galegas República Arxentina. No acto, adiado por causa da pandemia, foi recoñecido o compromiso co idioma de Bernardino Graña e Esther Estévez; a promoción, difusión e proxección internacional da cultura da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, de Antón Pulido, de Natalia Lamas e da Nova Galega de Danza; o compromiso coa igualdade de Zaza Ceballos ou o labor na conservación do patrimonio do mosteiro de San Pedro de Rocas. A Fiscalía abre dilixencias contra a Deputación de Ourense e a Xunta por causar danos no mosteiro de San Pedro de Rocas Bernardino Graña foi catedrático de Lingua e Literatura na educación secundaria en diversos destinos, entre eles Onda, Reus, Guadix, Zaragoza, Padrón, Sarria e Cangas, até a súa xubilación en 1991. Desde moi mozo formou parte do consello de redacción da revista poética Alba. Tamén foi impulsor e o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), entidade da que foi nomeado socio de honra no 1996 e Presidente de Honra en 2021. Dígocho eu! é un proxecto da CRTVG que traballa o melloramento da competencia en lingua galega. Comezou a súa andaina en xaneiro de 2020. O seu equipo está formado por Carlos F. Amado (coordinador de contidos informativos dixitais) e Esther Estévez (presentadora), utilizando o humor como recurso. María Ignacia Ceballos González-Llanos, máis coñecida como Zaza Ceballos, nada en Abeancos, Melide, é unha escritora, produtora e directora cinematográfica galega. Zara Ceballos é unha de das pioneiras do sector audiovisual galego. A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina é unha das máis importantes organizacións non mutualistas da emigración galega no país austral e impulsora, entre outras iniciativas, da editorial Alborada. Nova Galega de Danza é una compañía independente que fusiona en vivo danza e música de raíz galega, mesturando tradición e vangarda nos seus espectáculos. Natalia Lamas ten una longa traxectoria como pianista de prestixio internacional. Antón Pulido é un pintor e gravador galego. Foi nomeado Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia nos primeiros oitenta, nun goberno do Partido Popular, e regresou a cargos de designación política cando se converteu no primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea en 1993, posto que desenvolveu durante un ano. O mosteiro de San Pedro de Rocas é un convento situado na parroquia de Rocas, no Concello de Esgos (comarca de Ourense), a 657 metros de altitude, no monte Barbeirón. É o mosteiro máis antigo da Galiza, amais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escavada na rocha viva. Está declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Baltar recolle o premio e obvia as denuncias O convento está inmerso nunha profunda polémica polas protestas e denuncias cidadás por unha actuación que, segundo denuncian os colectivos ecoloxistas e veciñais, está a causar un forte impacto no BIC e na súa contorna inmediata. As denuncias cidadás concluíron na decisión da Fiscalía de abrir dilixencias penais contra a Deputación de Ourense e a Xunta, após constatar numerosas irregularidades no proxecto de ampliación do acceso ao mosteiro de San Pedro de Rocas. Ducias de persoas exixen a paralización da corta de árbores no acceso a San Pedro de Rocas De forma paradoxal, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi o encargado de recoller o premio de Patrimonio Cultural ao mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos. Após recoller o premio, Baltar evitou referirse ás denuncias veciñais e a apertura de dilixencia por parte da Fiscalía, e limitouse a agradecer o premio, "primeiro porque Rocas é de titularidade provincial mais, sobre todo, porque debe ser Patrimonio da humanidade". "Por iso estamos a loitar ante a Unesco para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial. E dentro desta xoia natural, San Pedro de Rocas é o conxunto máis visitado", destacou Baltar.
NOS_11388
Case 200 toman parte no V Plenario da organización que, xa sen Podemos, Esquerda Unida nin Anova, quer situar o inicio dun novo camiño, autónomo e afastado de "rupturismos". Existe un espazo político dentro do "bloque progresista galego" que sen En Marea estaría "orfo", defende Luis Villares.
En Marea fixo punto e á parte este sábado na Facultade de Económicas de Compostela, sede do seu V Plenario, o primeiro sen Podemos, Esquerda Unida nin Anova, as tres patas organizativas sobre as que naceu. O seu portavoz, Luis Villares, afirmou que o que nacía este sábado na capital galega era "unha nova marea ilusionada" e integrada por "xente independente". Por volta de 200 persoas, segunda a organización, tomaron parte neste encontro. "O primeiro era facer unha reflexión sobre todo o camiño percorrido nos anos da unidade popular", informou Villares, que criticou as "cúpulas dos partidos" por "impedir un traballo san" nestes anos en En Marea. Necesaria no campo "progresista" Na súa intervención ante os medios, nunha pausa no Plenario, o portavoz asegurou que existe un espazo político dentro do "bloque progresista galego" que sen En Marea estaría "orfo". Desmarcouse dun PSOE con políticas económicas, dixo, que "non son quen de satisfacer a esas grandes capas da sociedade que hoxe están precarizadas". Villares engadiu que, ao tempo, En Marea quer representar "un proxecto de país amplo que non está representado neste momento por parte do BNG, que non chega a toda Galiza coa súa idea nacional". "Ofrecemos unha idea aberta de nación onde todas se poidan sentir cómodas", manifestou. A un ano das eleccións, indicou, En Marea está "ilusionada" por poder presentar "porpostas en positivo". Non quixo entrar, iso si, en fórmulas de concorrencia a eses comicios, indicando que iso ficaría para máis adiante. Pola súa banda, a viceportavoz, Ana Seixas, explicou que durante o Plenario a deputada e os deputados no Parlamento alego (Paula Vázquez Verao, Franciso Casal, Davide Rodríguez e Luís Villares) "leais a esta formación dende o principio" deron conta da situación actual e de como afrontan a nova etapa no Hórreo.
NOS_36426
Un total de 47 municipios están no nivel máximo, 3 de alerta.
Os concellos galegos en alerta vermella pola incidencia da Covid-19 baixaron hoxe a 47, dous menos que a xornada de onte, día no que tamén se rexistrou un descenso após varios días de constante subida. Nesta xornada incorpóranse a este nivel Sada (comarca da Coruña) e Lalín (Deza). Vimianzo pasa do nivel tres ao dous, ao que se incorporan Cedeira, Neda e Noia e do que saen Ares, Arzúa e Porto do Son. Lalín incorpórase á alerta vermella, mentres que Poio baixa ao nivel laranxa. Na provincia de Lugo, non se rexistran cambios, mentres que en Ourense descenden ao nivel laranxa Barbadás e Verín. De acordo co mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, a gran maioría de concellos en situación 3 pola pandemia están situados nas provincias de Pontevedra (21) e A Coruña (17), seguidas de Ourense (4) e Lugo (5). Están en alerta vermella hoxe Baiona, Cambados, Cangas, A Cañiza, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Tamén os municipios de Ames, Arteixo, Boqueixón, Cambre, Carballo, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Malpica, Narón, Oleiros, Ordes, Pontedeume, Sada -pasa do dous ao tres-, Santiago e Teo. Cervo, Monforte de Lemos, Viveiro, Burela, Lugo, Carballiño, Xinzo de Limia, Ourense e Ribadavia completan a listaxe de localidades en alerta máxima pola pandemia. A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Santiago -máis de 112-, Lugo -máis de 112-, Ourense -máis de 120-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-. Mentres, en situación dúas -na cor laranxa do mapa- sitúanse 18 concellos, dous menos que na xornada de onte: Betanzos, Cerceda, Santa Comba, Valdoviño, Vimianzo, Cedeira, Neda, Noia. Incorpórase a este nivel Palas de Rei e mantense Bóveda, mentres que figuran Barbadás e Verín, que pasan da alerta vermella á laranxa. A Estrada, Gondomar, Sanxenxo, Silleda, Vilaboa e Poio, que pasa do tres ao dous, completan este nivel 2.
NOS_3220
O conselleiro acusa ao sindicato nacionalista de impedir a "axeitada promoción da língua galega", de querer "impoñer a súa opinión" e de intentar "afastar ás familias do proceso educativo"
"Unha vez máis". Así comeza a nota da Consellería de Educación pendurada na web da Xunta e na que critica ao sindicato nacionalista CIG. "Unha vez máis, lamentamos a actitude antidemocrática",afirma o departamento dirixido por Jesús Vázquez, "a Confederación Intersindical Galega (CIG) ao tentar impedir que a Consellería reúna información sobre a lingua materna do alumnado de infantil". O conselleiro insiste, malia as sentencias do TSXG, en que a consulta aos pais "é legal e necesaria" Na Consellería de Educación semella que sentoum oi mal que esta central se dirixise á Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para que garanta o cumprimento da sentenza ditada no seu día contra o decreto sobre o uso do galego no ensino. Faino así o sindicato nacionalista após constatar que a Xunta teima en consultar a nais e pais a lingua vehicular do ensino en Galiza, unha práctica declarada non axustada a direito polo TSXG. "Axeitada promoción" Jesús Vázquez afirma que "a pregunta realizada pola Consellería ás familias é legal, necesaria, e ten como fin coñecer cal é a lingua da que parten as nenas e nenos de infantil, co fin de garantir os dereitos do alumnado e a axeitada promoción da lingua galega". O conselleiro acusa a CIG de querer "impoñer a súa opinión" e de intentar "afastar ás familias do proceso educativo" A consellería afirma nese comunicado na web da Xunta que "a negativa da CIG a que os pais e nais informen aos centros educativos de cal é a lingua que os seus fillos adoitan utilizar na casa non é máis que outra mostra da intención da CIG de impoñer a súa opinión por riba de calquera outro criterio, legal e mesmo pedagóxico, intentando apartar as familias do proceso educativo, un principio este último firmemente defendido polas devanditas sentenzas"
PRAZA_20629
O pregón de Fernando Romay e o concerto de Xoel López dan comezo aos festexos de María Pita, que mesturan libros, certames culturais e moita música durante as vindeiras semanas
O pregón do ex-baloncestista coruñés Fernando Romay e o concerto posterior doutro veciño da cidade, Xoel López, dá este martes inicio ás festas de María Pita na Coruña, onde abren tamén neste día as casetas da feira do libro. Un mes de troula na que se mesturan literatura, música ou exposicións artísticas. Xoel López inicia unha serie de concertos gratuítos en María Pita nos que actuarán Sés, Rosa Cedrón ou Miguel Bosé Malia que o comezo oficial dos festexos será ás 21.15 a cargo do medallista olímpico en Los Ángeles 1984, xa ao mediodía quedou aberta a XLVI Feira do Libro, que ocupará os xardíns de Méndez Núñez até o vindeiro día 10. Ás 22.30, despois do pregón, Xoel López iniciará unha serie de concertos de balde que durante os vindeiros días terán lugar na praza de María Pita. Este martes o artista coruñés, o mércores Sés e nos vindeiros días Rosa Cedrón, Jarabe de Palo, Macaco ou Miguel Bosé. A música será un dos pratos fortes do mes de agosto, sobre todo coa chegada o día 8 e ata o 13 do Festival Noroeste, con máis dun cento de grupos en diferentes espazos da cidade e con artistas como Kaiser Chiefs, Iván Ferreiro, The Jesus and Mary Chain ou Surfin' Bichos, entre moitos outros. Quince escenarios diferentes, variados estilos e o punto final da man de Eladio y los Seres Queridos no Paseo das Pontes. O Festival Noroeste ou o certame Viñetas desde o Atlántico son outros dos pratos fortes dos festexos Un día antes do Noroeste empezará outro clásico das festas coruñesas: o certa de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico. É a 20ª edición con exposicións n'A Fundación, o Quiosco Alfonso, o palacio de María Pita ou a Torre de Hércules. Ao tempo, a Feira de Artesanía Mostrart co máis de 50 talleres de artesáns galegos até o día 29. Ademais, concertos da Orquestra Sinfónica ou da Banda Municipal, festas e verbenas en diferentes barrios, a Batalla Naval do 14 de agosto, o Trofeo Teresa Herrera de fútbol e o peche das festas, coa tradicional Romaría de Santa Margarida, o domingo 27 de agosto.
NOS_1842
O goberno estatal conta con aprobar na próxima sexta feira a medida lexislativa para trasladar os restos do ditador
O Consello de Ministros da próxima sexta feira 24 de agosto aprobará un decreto lei que modificará a Lei de Memoria Histórica. Segundo explicou o ministro de Cultura e Deporte, José Guirao, esta medida evitará as posíbeis demandas xudiciais que paralizarían a iniciativa de sacar os restos de Francisco Franco do Valle de los Caídos. O político propón dotar o monumento funerario dun rol como o que actualmente ostentan os campos de concentración nazis no resto da Europa, mantidos en pé "para que a xente non esqueza o horror". O ministro explicou nunha entrevista en Cadena Ser que o decreto lei deberá ser convalidado polo Congreso de Deputados, cuestión que agarda que sexa abordada ao inicio do período de sesións. Isto é, a partires da segunda semana de setembro. "Será de maneira inmediata, o antes posíbel", concluíu. A urxencia para tratar a exhumación dos restos de Francisco Franco responde ás declaracións do actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Xa no pasado mes de xuño, o líder socialista garantía a realización desta medida, en cumprimento coa Lei de Memoria Histórica, aprobada en maio de 2017. Aínda que o procedemento do traslado dos restos estaba programada para ser realizada hai meses, a mediados de agosto o Goberno estatal admitiu atrasos debido a discrepancias coa familia do ditador.
NOS_38262
Aurora Marco dá o prelo un gran estudo sobre a materia
Ermita López Verdes era apenas unha nota ao pé na historia do galeguismo. Compañeira de Lois Peña Novo, primeiro concelleiro nacionalista e membro significado das Irmandades da Fala, o relato dominante sobre as décadas prodixiosas do movemento -de 1916 a 1936- deixábaa en zona de sombra. Mais o labor "practicamente detectivesco" da investigadora Aurora Marco (Noguera de Albarracín, Teruel, 1948) devolveuna á luz. López Verdes foi mestra, e unha das animadoras da "sección feminina" das Irmandades da Fala nun ano tan temperán coma o de 1918. A súa figura é a dunha das moitas mulleres galeguistas cuxa vida e obra ficaban na marxe. Irmandiñas titúlase o volume de 500 páxinas que Marco dedica ao seu rescate. Publicarao en marzo Edicións Laiovento. Desde que en 1993 escribiu As precursoras, a historiadora aplica a perspectiva de xénero nas súas pescudas sobre a memoria democrática da Galiza. "Mais Irmandiñas naceu en 2016, no centenario das Irmandades, cando se organizaron moitas actividades e percibín que a presenza das mulleres era testemuñal", explica a Nós Diario. Iniciou daquela o percorrido polas fontes que constitúen o seu ensaio: a prensa, d'A Nosa Terra voceiro irmandiño a xornais galegos ou cataláns; arquivos particulares; fundacións como a Illa Couto ou a Peña Novo; e familiares directos como María Luísa Bouza Álvarez, Amalia Bóveda, Elvira Bao ou Manuel Peña-Rey. Aínda con orixe na conmemoración do século das Irmandades, Aurora Marco ampliou o territorio de estudo. "Arredor delas agromaron unha serie de iniciativas en que as mulleres eran fundamentais", di, "os coros e os cadros de declamación, as agrupacións dramáticas, as mulleres do Seminario de Estudos Galegos, que non foron moitas pero hóuboas, como socias activas e como socias protectoras...". Non por acaso no manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo, convocada en 1918, xa constaba unha defensa da igualdade entre homes e mulleres, lembra. "A nivel práctico, iso si, as cousas resultaron un pouco máis difíciles". Os grupos femininos comezaron a agromar adheridos a cada Irmandade. O primeiro, e máis activo, foi o da Coruña, no que militaban a propia López Verdes, Micaela Chao ou Antonia Pardo. A escolla da directiva serve de exemplo das limitacións na praxe do feminismo irmandiño: quen falou non foi ningunha das dirixentes, senón Peña Novo e outros homes. En Ourense as mulleres tamén se organzaron autonomamente dentro da Irmandade. E intentárano en Betanzos ou na Estrada. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube
NOS_38977
Nunha xiradela imprevista do guión, o candidato do PSOE á presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, instou Raxoi a que renuncie. "Demita e esta moción de censura acabará aquí e agora", dixo o socialista. Demorou en contestar Raxoi, mais fíxoo de acordo co seu peculiar estilo: "Para vosté o que sería máis fácil é que eu demitise e así se aforraría vosté este debate. Para min non é duro nen desagradábel".
Sánchez apresentou a moción de censura como o uso dunha ferramenta constitucional para devolver as institucións o seu prestixio, gravemente danado pola corrupción, dixo. Alegou que a moción é produto da resistencia de Raxoi a asumir as súas responsabilidades políticas. "Esta moción nace da incapacidade do señor Raxoi de asumir, en primeira persoa, a responsabilidade política da sentenza Gürtel", afirmou, para a seguir espetar: "A corrupciòn actúa como un axente disolvente e nocivo para calquera país". Foi entón cando o candidato socialista colocou o seu golpe de efecto, a de propor a Raxoi que cancelase a moción coa súa renuncia. "Está disposto a demitir, aquí e agora?", perguntou enfático e, acto seguido, instou o presidente do Goberno: "Demita e todo terminará, poderá saír da presidencia por vontade propia". "A súa permanencia no cargo debilita a democracia", acrecentou. A demanda non pasaría de ser, salvo surpresa monumental, un aceno político retórico. No limiar do debate, Soraya Sáenz de Santamaría xa deixou claro, en declaracións á imprensa, que Raxoi non demitiría, nen hoxe nen mañá. Do propio ton da réplica do inquilino da Moncloa á intervención de Ábalos tamén se desprendeu que en ningún caso o político nado en Compostela ten a menor intención de renunciar. Aspectos programáticos Xa como candidato -e dando por suposto que Raxoi non recollerá a luva demisionaria que lle tendía-, Sánchez pasou a descreber os trazos básicos do goberno que se propón presidir se obtén a confianza da Cámara: un goberno "socialista", "paritario", "europeísta" -que cumpra os seus compromisos con Bruxelas-, un executivo que "fará do diálogo a súa maneira de facer política" con "todos os grupos da cámara e todos os gobernos autonómicos", en clara alusión a Catalunya. "Reestabeleceremos as pontes en todas as comunidades autónomas e comezaremos un diálogo con Catalunya", recapitulou na coda do seu discurso. Sánchez fixo tamén dou anuncios concretos: a reforma dos aspectos máis regresivos da chamada Lei Mordaza e o mantimento dos orzamentos pactados polo PP, Cs e PNV para 2018, un compromiso este último fundamental para conseguir o apoio dos 5 escano jeltzales. "Este non é o noso o orzamento, mais non o imos retirar por responsabilidade de estado", afirmou o candidato do PSOE. Política de rendas Defendeu tamén, en liña coa demanda dos sindicatos de ámbito estatal, unha nova política de rendas, que compense a perda dos salarios fronte aos beneficios do capital, e unha política laboral que vise reducir a precariedade e o fin do fenómeno dos "traballadores pobres". "Asumo o compromiso de devolver o carácter universal da sanidade pública", proclamou. Un discurso feito a medida do PNV En definitiva, Sánchez entregou unha peza retórica construída para seducir o PNV. Ditirambos a Urkullu -salientou que os socialistas cogobernan Euskadi-, compromiso de mantimento dos orzamentos e ningunha alusión ao adianto eleitoral, sendo que Sabin Etxea aposta en que a lexislatura chegue na práctica a 2020. A réplica de Raxoi Raxoi -que en todo momento deu unha sensación derrotista, como se xa asumise o triunfo de Sánchez- cualificou de "chantaxe" a moción, por considerar que o líder do PSOE non apresentou un programa de goberno, como si prescribe o mandato constitucional, e que se limitou a pedir un cheque en branco. Foi no contexto desa crítica cando deslizou con clareza que non pensa demitir: "Isto é o que eu cualifico de chantaxe que lle está a facer vosté aos membros desta Cámara, incluído os propios membros do seu partido. Dixo vosté que comprende que o debate sexa duro e desagradábel, teña claro que se o debate é duro e desagradábel é para vosté. Para vosté o que sería máis fácil é que eu demitise e así aforraría vosté este debate. Para min non é duro nen desagradábel". A hemeroteca foi visitada por Raxoi no seu discurso para mostrar que o goberno de Sánchez, con apenas 84 escanos, sería inviábel. O aínda presidente do goberno repescou diversas declaracións do secretario xeral do PSOE en que se criticaba acerbamente quer a Podemos quer os soberanistas cataláns, sen os cales a moción de censura non sería factíbel. E mentres en Gasteiz A moción ten dous cenarios. O do Congreso e o da sede do PNV en Gasteiz, desde onde neste momento se está a acompañar o desenvolvimento da sesión nunha reunión da súa executiva en que tamén está a tomar parte Íñigo Urkullu. El Euzkadi Buru Batzar está siguiendo el transcurso de la moción de censura desde la sede del ABB, en una reunión extraordinaria presidida por @andoniortuzar y que ha contado con la participación del Lehendakari @iurkullu. pic.twitter.com/qpGvlmyc4g— EAJ-PNV (@eajpnv) 31 de maio de 2018 ERC anuncia o si á moción Foi por meio da comparecencia de Joan Tardá, o portavoz do grupo, quen -por volta das 13.41 minutos- avanzou perante os meios o sentido afirmativo do voto de ERC na moción de censura.
NOS_28106
En todos aqueles espazos, abertos ou fechados, nos que non se poida manter a distancia interpersonal mínima de 2 metros.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou onte a orde pola que se regula o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise senatiaria xerada polo coronavirus. A máscara será obrigatoria a partir de hoxe, 21 de maio, e para todas as persoas maiores de 6 anos. Recoméndase, ademais, o seu uso para as nenas e nenos de entre 3 e 5 anos. Tal e como se fixa no artigo 3 desta orde, a máscara é de uso obrigatorio na vía pública, espazos ao aire libre e espazos fechados de uso público ou que estean abertos ao público, sempre que non sexa posíbel manter a distancia mínima interpersoal de 2 metros. Excepcións No BOE indícase que fican á marxe desta obriga de levar máscara aquelas persoas que teñan dificultades respiratorias que poidan verse agravadas polo seu uso ou aquelas con problemas de saúde que poidan verse agravadas por levar máscara. Tamén se citan as causas de forza maior ou situación de necesidade como excepcións para non levala, mais non se detallan cales son estas. A isto engádese que non se exixirá máscara no "desenvolvemento daquelas actividades nas que, pola propia natureza destas, resulta incompatíbel o uso da máscara". Nesta reportaxe publicada a principios de mes, Susana Rois falaba dos diferentes tipos de máscaras e como usalas.
NOS_25404
Na prehistoria cultural do movemento afroamericano polos dereitos civís sucedeu o Rexurdimento de Harlem. Aquela explosión, localizada en Nova York, en que agromaron indicios de pequena burguesía negra e o jazz popularizouse, franqueou o paso a unha literatura propia, autónoma respecto do canon estadounidense. Pasar (1929), de Nella Larsen, é peza central desta historia. Agora publícase en galego, versión de Carlos Valdés, e publicada por Irmáns Cartoné.
Pasar, Passing no título orixinal, narra a relación entre dúas mulleres afroamericanas "de pel clara dabondo para pasaren desapercibidas". A novela ofrece un territorio en que se cruzan raza, xénero e clase. A existencia de Irene Redfield e Clare Kendry acontece nunha condicións que elas non escolleron e contra as que se revolven de maneira máis ou menos explícita. Ao fondo, emerxe a nada amánel verdade sobre a sociedade norteamericana do seu tempo. Un ano antes de Pasar, Nella Larsen (1891-1964) dera á luz pública Areas movedizas (Quicksand). Dúas novelas e oito relatos conforman a obra dunha muller que traballou como enfermeira e bibliotecaria. Nos anos 40 do pasado século abandonou a literatura. A obra de Larsen non é o único rastro do Rexurdimento de Harlem en galego. En 1993, a editorial Laiovento colocara nas librarías O seu olhar posto em Deus (Their Eyes Were Watching God, 1937), dunha das figuras centrais da época, Zola Neale Hurston (1891-1960). A tradución é de Elvira Souto. Unha pequena escolma de poemas de Langston Hughes -o talvez principal poeta negro anterior á II Guerra Mundial- saiu, no seu día, na Revista das Letras de Galicia Hoxe. Nota: a escritora afroamericana Nella Larsen.
NOS_48085
A taxa de temporalidade bate marcas na Galiza, confirmando un mercado laboral, o galego, no que a precariedade se sente como na casa. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 245. Eis un extracto.
Comezamos o ano con 825 mil persoas traballadoras asalariadas na Galiza. Delas, 220 mil teñan contrato temporal. Unha porcentaxe que aumentou un 6% a respeito de 2015 e que deixa unha imaxe onde os empregos fixos ou indefinidos se estancan, mentres os temporais aumentan. O emprego que se crea é pois unicamente temporal. Nada raro logo que Galiza figure na cabeza de Europa en canto a taxa de temporalidade cun 26%, é dicir, que de cada 100 asalariadas e asalariados que hai no noso país, 26 teñen contrato temporal. Só Polonia, cun 28%, ten mellores rexistros ca nós. E iso que en Galiza nos últimos anos fixemos méritos para disputarlle ese primeiro posto en precariedade na duración dos contratos. A nosa taxa de temporalidade era do 23,5% en 2014, aumentamos a 25,4% en 2015 e fechamos 2016 no 26%. A taxa media europea de temporalidade, por certo, está no 14%. A piques estamos de duplicala. Levamos anos en Galiza batendo marcas a respeito do número de contratos asinados. Mesmo durante os anos máis duros da crise, con destrución de emprego, aumentaban as estatísticas de contratos que se rubricaban no noso país. Así, se ben entre 2009 e 2011 descendeu a cifra de contratos, a partir dese ano comezou a aumentar embora seguirse a se destruír emprego. O motivo? A temporalidade. [A reportaxe íntegra aparece no Sermos245, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]
NOS_36997
A endometriose é unha enfermidade ocasionada pola proliferación de nódulos de tecido uterino fóra da súa matriz, en lugares como os ovarios, as trompas de Falopio, os intestinos e demais partes do corpo. Esta doenza, que afecta a 60.000 mulleres galegas, está caracterizada por unha intensa dor que nos casos máis graves resulta incapacitante. Sermos Galiza conversa con Cristina Fernández, presidenta da asociación de mulleres con endometriose (querENDO), sobre a atención sanitaria que reciben as afectadas e sobre a súa falta de investigación médica.
A asociación vén de renovar a directiva e vostede é a nova presidenta, cales son os retos á fronte do cargo? A renovación fíxose porque desde a asociación entendemos que estamos nunha carreira de fondo e por relevos. Os retos non cambian con ela, seguen sendo os mesmos que na pasada época. Queremos que as rapazas se decaten de que a dor da regra non é normal, se doe tanto e non che deixa facer unha vida corrente é que algo pasa. Tamén loitamos pola creación das unidades multidisciplinares, a formación específica de médicos e que se nos diagnostique a enfermidade. En que consisten esas unidades que menciona? Que outras demandas fan ao Sergas? As unidades multidisciplinares son necesarias para dar un tratamento máis específico á endometriose e a todo o que esta ocasiona. Unha vez diagnosticada a enfermidade queremos que sexa sempre o mesmo xinecólogo o que nos trate e que non nos deriven dun a outro. Tamén solicitamos a existencia dun persoal cualificado que nos axude cos problemas derivados dela: un enfermeiro, un fisioterapeuta, un psicólogo, un internista, etc. Hai mulleres que teñen que coller a baixa laboral porque morren da dor e están tomando estupefacientes e tratamentos moi fortes A maiores demandamos o financiamento dos tratamentos hormonais aos que estamos suxeitas. Moitas veces, os analxésicos e os antiinflamatorios non solucionan o problema e temos que tomar a pílula. Estas pagámolas nós, xa que só hai unha que está subvencionada, e algunhas custan sobre 53 euros todos os meses, unha cantidade bastante importante. As cifras de mulleres diagnosticadas por endometriose, na Galiza, sitúanse nos 60.000 casos. A que deben de facer fronte as afectadas? A enfermidade varía dependendo do grao que se teña. Se este é baixo, é posíbel que cun tratamento hormonal poidas facer unha vida máis ou menos normal. Se é alto, as enfermas sofren unha dor totalmente incapacitante nos días da regra e, nos casos máis graves, todos os días do mes. Dentro da asociación hai mulleres que teñen que coller a baixa laboral porque morren da dor e están tomando estupefacientes e tratamentos moi fortes. A maior parte das afectadas con este grao avanzado acaban sendo derivadas a psiquiatría, xa que non é fácil levar isto coas idades que temos. A endometriose, no dia a día, é tremenda e desesperante. Somos mulleres novas que estamos afeitas a levar unha vida activa e, de súpeto, temos unha dor que non nos deixa facer absolutamente nada. Está suficientemente investigada e divulgada a endometriose? Se os homes sufrisen esta enfermidade si que se faría un diagnóstico máis exhaustivo Rotundamente non. Hai moi pouca xente que saiba o que é. Moitas pacientes explican que teñen quistes ou nódulos pero non fan referencia a que sofren endometriose. Isto é porque a enfermidade non se lles diagnostica e o tratamento aplícaselles igual. Queremos que se nos diagnostique. Que se nos dea un informe dicindo que temos endometriose. Isto é importante xa que non é o mesmo chamar o teu xefe por unha dor de regra que explicarlle que sofres unha doenza que non che deixa moverte da cama. Son, as mulleres con esta enfermidade, unhas das principais afectadas pola visión androcentrista da medicina? Totalmente. É algo que temos moi claro desde a asociación. A dor da regra está tan normalizada na sociedade que os médicos prescríbennos antiinflamatorios ou tratamentos hormonais sen maior importancia, sen pararse a facernos probas. Evidentemente, se os homes sufrisen esta enfermidade si que se faría un diagnóstico máis exhaustivo. Recentemente saíu a nova de que no HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti) existe unha lista de espera para a unidade de tratamento da disfunción eréctil. Nos consideramos que a existencia desta consulta é marabillosa, pero as mulleres con endometriose non temos unha unidade específica neste hospital e somos 60.000 afectadas en total. Por que non se nos escoita? Por que non se nos fan as probas adecuadas para o diagnóstico? Pois porque somos mulleres.
NOS_26023
O colectivo pide mesmo "avanzar no proceso de ilegalización" do PP se continúa "na súa deriva fascista"
Con motivo do pleno extra-ordinario desenvolvido esta quinta feira en Baralla, a Iniciativa Galega pola Memoria considera "impresentábel" que o rexedor da localidade, González Capón, non tivese demitido. Neste senso, alertan da "deriva fascista" do Partido Popular ao abeiro, din, da "multitude de pronunciamentos" que se teñen levado a cabo pola súa militancia. "O feito gravísimo de que o alcalde de Baralla, o Sr. González Capón, non presentase a súa demisión por ter xustificado o asasinato de demócratas polo franquismo é motivo de abondo para a inhabilitación como cargo público, cousa que esiximos dende xa", sinalan no comunicado feito público esta quinta feira. A Iniciativa pide "avanzar no proceso de ilegalización do PP" se prosegue "na súa deriva fascista" Para a Iniciativa, os pronunciamentos públicos de militantes do PP "a prol do franquismo e da barbarie franquista" que non están a ser desautorizados pola dirección política do partido, devolve "ás súas raíces totalitarias" o PP. Neste senso, aseguran que desenvolverán "todos os esforzos" cos que contan xunto cos colectivos e persoas que a título individual traballan pola recuperación da memoria " para denunciar a xustificación e lexitimación da súa represión e esixir responsabilidades aos que os executaron e a quen os ampara e defende".
NOS_53511
O deputado do BNG recoñece pasos como os dados de cara ao dragado da ría do Burgo, pero lamenta que a avaliación do grao de cumprimento do Acordo de Investidura non se axuste "á realidade, pois non se trata só de anunciar medidas senón de polas en práctica".
Despois do balance do presidente do Goberno do estado español, Pedro Sánchez, respecto da súa xestión neste ano que remata, o BNG pediulle que vaia menos cara o "triunfalismo" e dea máis "pasos concretos para cumprir o acordado". O deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego louvou certos avances de cara aos cambios na AP-9 e ao saneamento da ría do Burgo, na Coruña, pero tamén quixo lembrar que o grado de cumprimento dos compromisos do que fala Sánchez "non se axusta á realidade". Desde o punto de vista de Rego, de nada vale anunciar medidas se estas non chegan a verse realizadas. Aliás, considera que a avaliación do acordo para a investidura debe ser feita por todas as partes e xa solicitou unha reunión da Comisión de Seguimento para xaneiro. Por exemplo, mentres o Goberno español entende que coa aprobación do proxecto do Estatuto da Industria Electrointensiva chega, para o BNG non implica "unha solución real á crise" destas empresas porque "non responde aos criterios que figuran no acordo". Neste sentido, refírese a parámetros como unha "tarifa estábel, asumíbel e predecíbel" ou propostas como bonificar os custos de transporte para que as compañías queiran seguir apostando por manterse. Tampouco se tiveron en conta as propostas do Bloque para crear unha tarifa eléctrica galega que premie a un país excedentario en enerxía pero explotado nos seus recursos para conseguila. Outra cuestión importante sería a reactivación de Vulcano pero o Estado "nin sequera actuou para garantir que a concesión de dominio público dos terreos afectados non fose revogada, como pretende a Autoridade Portuaria, o que tornaría inviábel a recuperación da actividade industrial". Nos astaleiros da comarca de Ferrol tampouco se recibiu unha nova aposta en firme polo futuro.
NOS_56314
O Ministerio de Sanidade comunica á Comunidade de Madrid que poder pasar á fase 1 do desconfinamento.
O Goberno español comunicou á Comunidade de Madrid que non reúne as condicións para poder pasar o 11 de maio á fase 1 do desconfinamento. Que o Ministerio de Sanidade se opuxese era de esperar. A Comunidade de Madrid é e foi o principal foco de contaxio do coronavirus e o colapso sanitario resultou moi duro. Esta semana a presidenta da comunidade, Isabel Díaz Ayuso (PP), valoraba que a rexión non estaba preparada aínda para pasar de fase e, horas despois, coñeceuse que o seu Goberno solicitara finalmente ao Ministerio avanzar á etapa 1. A propia Ayuso admitiría na quinta feira que o seu cambio de criterio se produciu logo de reunirse cos sectores económicos. Así pois, o valor da economía pesou máis que os criterios sanitarios. Ayuso chegou a amosarse de feito partidaria de reactivar a cidade e dixo nunha entrevista esta sexta feira, 8 de maio, que "un criterio médico sempre é máis precavido, teríamos que quedar eternamente na casa". A dimisión que desacredita o Goberno de Ayuso Nese contexto é no que se produciu a dimisión da directora xeral de Saúde Pública da comunidade madrileña, Yolanda Fuentes, ao negarse a asinar a solicitude para avanzar de fase, considerando que a decisión non se asentaba en criterios sanitarios. Así quedou reflectido pola propia ex directora na súa carta de dimisión, remitida ao conselleiro de Sanidade e que transcendeu na sexta feira, 8 de maio. Fuentes recalcou na misiva que o seu compromiso coa Administración e a poboación madrileñas lle impedían avalar unha decisión "non baseada nos criterios de saúde". O Estado terá as fronteiras exteriores fechadas O Goberno do Estado español non prevé unha reapertura das súas fronteiras internacionais até principios do mes de xullo, é dicir, até unha vez teña finalizado o proceso de desconfinamento e sexa posíbel a mobilidade entre provincias. Así o sinalaron fontes diplomáticas, que están a informar do calendario estatal ás autoridades da Unión Europea, co obxectivo de que a apertura de fronteiras sexa coordinada na UE. O plan non contempla a posibilidade de que algúns territorios poidan recibir viaxeiras de fóra do Estado antes que outros, como expuxeron as illas de Balears e as Canarias.
NOS_44302
Corinna Larsen denunciará en Londres Juan Calos I de Borbón por ameazas
O rei emérito español, Juan Carlos I de Borbón, pasa unha dura semana con todos os focos mediáticos sobre as súas costas. Ás investigacións en Suíza para esclarecer se cobrou 100 millóns de dólares por comisións na construción do AVE á Meca, que despois podería ter branqueado, súmase agora o anuncio de Corinna Larsen de interpor unha denuncia contra o ex monarca por ameazas. O Borbón está ademais a pór na corda frouxa o Goberno español: as forzas soberanistas e Unidas Podemos queren que o Congreso investigue o rei, mentres o PSOE se nega . A adiñeirada empresaria e antiga amiga de Juan Carlos I de Borbón, Corinna Larsen, anunciou que presentará unha denuncia contra o rei emérito ante a xustiza londinense por mor do acoso e das ameazas que supostamente sufriu desde o ano 2012, momento en que transcendeu a relación entre ambos e despois de viaxaren a Botsuana. Foi alí onde se retrataron en medio dunha cazaría de elefantes, imaxes que aceleraron a abdicación do monarca en favor do seu descendente varón, Felipe VI. As intimidacións tiñan por obxecto, di Corinna, impedir que revelase segredos de Estado. Ademais de o rei emérito, Corinna tamén denuncia o ex director do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), Félix Sanz Roldán, a quen acusa de estar detrás da campaña na súa contra e de proferirlle ameazas persoalmente en Reino Unido. Todo comezou, dixo Corinna no xornal The Daily Mail, cando o rei se accidentou en Borsuana e ela saíu nas fotos con el. Entón, o piso de Corinna en Mónaco foi ocupado por investigadores privados dese país e os servizos de seguridade españois lle comunicaron que se trataba dun operativo para garantir o seu benestar. A empresaria revelou ao medio británico que uns meses despois o CNI a ameazou de morte a ela e aos seus fillos durante a súa estancia nun hotel londinense. Relata que lle pediron que ficase en silencio, e enviáronlle un correo en que a alertaban de que "falar cos medios sería devastador" para a súa imaxe. Era unha advertencia, denuncia, de que destruirían a súa reputación se non cooperaba. Esta ameaza cumpriuse, di Corinna, en relación á gravación que se lle fixo sen o seu consentimento en 2015 polo ex comisario Villarejo, actualmente en prisión. Neses audios Corinna fala de contas que o rei emérito tería en Suíza e fala dun pago de comisións de 80 millóns por empresas españolas para construíren o AVE á Meca e que terían sido pagados á muller dun empresario saudita. Este aboaría a metade a un empresario español, quen ao seu tempo daría o total ou unha parte a Juan Carlos I de Borbón. Logo, o rei emérito realizou supostamente un "regalo" a Corinna de 65 millóns. Soberanistas e UP queren investigar, o PSOE non O BNG presentou xa xunto as forzas do Grupo Plural e ERC a solicitude de creación dunha comisión de investigación ao rei no Congreso. O deputado nacionalista Néstor Rego sinalou onte que "non é de recibo intentar ocultar as posíbeis prácticas fraudulentas e corruptas realizadas polos Borbóns, non fai máis que incidir no descrédito da Casa Real e da monarquía e pór en evidencia o carácter pouco democrático do réxime de 78", e considerou que a monarquía "é unha institución anacrónica e incompatíbel cun sistema que se queira democrático". Pola súa banda, a portavoz do PSOE no Congreso, Adriana Lastra, deixaba onte clara a oposición do PSOE a apoiar ningunha petición na Cámara que inste a crear comisións de investigación ao rei emérito. Trátase "simplemente de ler a Constitución e saber que o rei é inviábel", dixo Lastra. Porén, Unidas Podemos, socio do PSOE no Goberno español, rexistrou onte outra petición no Congreso para crear unha comisión de investigación ao ex rei. Podemos sinala que na actualidade estas actividades fraudulentas poderían seguir a producirse, polo que "o período de inviolabilidade (a etapa en que reinou) non pode ser alegado neste caso" posto que o que propoñen é que se investigue se, após deixar a Xefatura do Estado, o Borbón cobrou "capitais de comisións ilícitas". Os desencontros PSOE-UP por esta cuestión e polas últimas propostas de lei fixeron que Pedro Sánchez adiantase onte a mesa de seguimento do Goberno, que forman ambos os partidos, para o 12 de marzo.
PRAZA_13052
A actual situación no norte de Malí supón un risco para os estados veciños. No medio dunha crise humanitaria sen precedentes, cuns 200.000 desprazados até a data, a gran familia tuareg mantense á expectativa da evolución da Azawad, sobre todo no norte de Níxer, na rexión de Aïr. Sen apenas apoios e coa comunidade internacional en contra da Azawad autoproclamada, existen todos os ingredientes para o advenimiento dun Estado errado.
O 21 de marzo de 2012, apenas a un mes das eleccións, un golpe de estado militar derrocou o réxime malí, abríndose un período de incerteza política. O principal detonante do intento golpista foi o conflito armado que desde xaneiro enfrontaba o exército malí contra o tuareg Movemento Nacional para a Liberación da Azawad (MNLA). Finalmente o 6 de abril era proclamada a independencia da Azawad. Nove meses antes, en xullo de 2011, uníranse as diferentes tendencias da familia tuareg do norte de Malí nunha renovada organización político-militar, dando lugar ao MNLA. Xunto a uns 2.500 rebeldes armados, combaten 200 yihadistas, denunciando algúns unha suposta alianza entre Al Qaeda no Magreb Islámico e o MNLA. No entanto, a alianza antóllase de circunstancias, xa que existen importantes diverxencias entre extremistas islámicos e tuareg. O obxectivo dos primeiros é a aplicación da lei islámica nos estados da rexión. Os segundos representan un movemento que se aferra a unha identidade nacional, non relixiosa, fortemente impregnada dos valores de democracia e secularización, en consonancia cunha sociedade matriarcal que practica un Islam moderado. O principal detonante do intento golpista foi o conflito armado que desde xaneiro enfrontaba o exército malí contra o tuareg Movemento Nacional para a Liberación da Azawad (MNLA) A actual situación no norte de Malí supón un risco para os estados veciños. No medio dunha crise humanitaria sen precedentes, cuns 200.000 desprazados até a data, a gran familia tuareg mantense á expectativa da evolución da Azawad, sobre todo no norte de Níxer, na rexión de Aïr. Sen apenas apoios e coa comunidade internacional en contra da Azawad autoproclamada, existen todos os ingredientes para o advenimiento dun Estado errado, que podería hipotecar o futuro e a seguridade de toda a rexión. As estratexias dos países occidentais A situación no norte de Malí expón grandes desafíos aos estados da zona pero tamén a Occidente, cos Estados Unidos e a Unión Europea á fronte. A consolidación e avance de AQMI na rexión denota o fracaso das diferentes iniciativas despregadas para contrarrestar o auxe yihadista na zona. Fronte á indecisión europea, en novembro de 2002 Washington puxo en marcha a Iniciativa Pan Sahel, que perseguía equipar e adestrar aos precarios exércitos saharianos, contando para iso co apoio das forzas especiais do Eucom. O programa seguiu vixente de maneira formal, aínda que a partir de 2005 activouse a Iniciativa Transahariana de Loita contra o Terrorismo, cuxo colofón pretendía ser despregamento un comando estadounidense africano, o Africom. En novembro de 2002 Washington puxo en marcha a Iniciativa Pan Sahel, que perseguía equipar e adestrar aos precarios exércitos saharianos, contando para iso co apoio das forzas especiais do Eucom A existencia dunha ameaza terrorista quedou en evidencia durante a última xira magrebí da ex secretaria de Estado norteamericana Condoleeza Rice, en setembro de 2008. Os interlocutores de Rice coincidiron en sinalar a existencia dun risco real que debía ser atallado de forma conxunta. Coas resistencias de Alxeria e Libia, o Africom non terminou de callar baixo real mandato de George Bush e a administración de Barack Obama non o considerou prioritario até o momento. A loita illada dos diferentes estados da zona fronte a AQMI tampouco se mostrou eficaz. No particular caso de Malí, a acción do exército sobre os presuntos focos terroristas non conseguiu minorar a súa presenza e inluencia. Ademais, existen numerosas denuncias vertidas pola comunidade tuareg que apuntan a que Bamako sobredimensionou a ameaza terrorista para, por unha banda, obter importantes axudas económicas e militares de Occidente, sobre todo do Estado francés, e, por outra, operar con total impunidade ataques contra o pobo da Azawad. Isto non fixo senón reforzar o sentimento de agravio entre os azawadíes, que non dubidaron en invocar unha sorte de "limpeza étnica" operada polo réxime malí ao seu encontro. Para o MNLA, a conivencia de Francia con Malí é absoluta, á luz dos intereses do Hexágono na rexión, sobre todo con vistas á explotación das riquezas mineiras, sobre todo de uranio, que contén a Azawad, cuxo potencial se estima similar ao que xa explotan as multinacionais galas no norte de Níxer. Para o MNLA, a conivencia de Francia con Malí é absoluta, á luz dos intereses do Hexágono na rexión, sobre todo con vistas á explotación das riquezas mineiras, sobre todo de uranio, que contén a Azawad Un exemplo desta complicidade franco-malí áchano os tuareg no rol despregado polos medios de comunicación franceses, sobre todo a Agence France Presse, durante a contenda armada, multiplicando estas informacións non contrastadas tendentes a identiifcar o MNLA con AQMI e Ansar Dine. De reforzarse a presenza yihadista na autoproclamada República da Azawad faríase aínda máis difícil controlar unha rexión de 9 millóns de quilómetros cadrados onde as fronteiras nacionais son extremadamente porosas. Ante un tal escenario sería previsible un reforzo das interaccións entre grupos terroristas e o labor de coordinación, adoctrinamiento e adestramento de AQMI da actividade yihadista na franxa saheliana, onde actualmente permanecen secuestrados unha vintena de cidadáns europeos. Coa comunidade internacional en contra do MNLA, existen todos os ingredientes para o advenimiento dun novo Estado errado que, ademais de hipotecar o futuro da rexión saheliana, poría en serias difcultades a evolución política dos estados magrebís Coa comunidade internacional en contra do MNLA, existen todos os ingredientes para o advenimiento dun novo Estado errado que, ademais de hipotecar o futuro da rexión saheliana, poría en serias difcultades a evolución política dos estados magrebís e a propia seguridade europea. Á espera da reconducción da situación política malí e en ausencia dunha presenza militar rexional ou internacional consecuente na zona, só o MNLA parece capaz de contrarrestar o auxe yihadista na Azawad. Até o momento a existencia de lazos étnicos e tribais, en ausencia dunha agresión directa yihadista cara aos tuareg e non mediando incentivo algún, baixo forma de recoñecemento internacional da autoproclamada República da Azawad, non inducen de ningún xeito ao MNLA a despregar unha ofensiva contra AQMI. O futuro de Malí e da rexión enteira preséntase moi incerto pero, mentres tanto non se aclare, vitoriosos fronte ao exército de Malí e seguindo de preto as evolucións da familia yihadista nos límites do seu territorio, os tuareg avanzan lenta pero inexorablemente na construción dun novo Estado na rexión. Correo Diplomático
NOS_29104
Psiquiatría, corrupción e loita de clases: a folga do Manicomio de Conxo (Kazanegra editora-CNT) é o último libro publicado polo historiador Eliseo Fernández (Ferrol, 1967). Nel abórdase o conflito laboral dun centro que segue aberto na actualidade e que en 1933 acubillou unha protesta pouco estudada até o de agora.
Vén de publicar Psiquiatría, corrupción e loita de clases: a folga do manicomio de Conxo en 1933, un conflito abordado tanxencialmente nalgunha publicación anterior, mais non coa profundidade deste. Que teñen de atractivos estes acontecementos para vostede? A miña área de interese é a historia do movemento obreiro e do anarquismo na Galiza, e foi nese sentido no que me acheguei inicialmente á historia desta folga no manicomio; o que pasa é que despois a historia que coñecín gañou en complexidade, ao relacionarse coa xestión económica do manicomio e coa triste situación das persoas doentes. En certa medida, pareceume que a situación do manicomio tiña tamén algo que ver con situacións que aínda hoxe vivimos, en que existen empresas que xestionan servizos públicos de xeito deficiente e con pésimas condicións laborais. Á marxe de cuestións estritamente laborais, a folga respondía tamén á necesidade de enfocar doutro xeito a atención aos internos? O obxectivo inicial da folga era resolver o problema das malas condicións laborais das traballadoras e traballadores do centro, mais a protesta contra a xestión da Igrexa e a dirección do manicomio atinxiu tamén as pésimas condicións que padecían as persoas que alí estaban internadas. Quizais non houbera unha reivindicación consciente doutro tipo de atención psiquiátrica, mais si houbo unha denuncia das condicións de internamento. Non é sinxelo reconstruír a situación do manicomio naquela altura, mais si que é posíbel albiscar o que alí pasaba polas denuncias dalgúns membros do cadro médico, dos folguistas e mesmo dalgún internado Como era a vida naquel centro? Como eran as condicións? Non é sinxelo reconstruír a situación do manicomio naquela altura, mais si que é posíbel albiscar o que alí pasaba polas denuncias dalgúns membros do cadro médico, dos folguistas e mesmo dalgún internado. Penso que algúns dos rasgos que caracterizan a situación de Conxo neste período son as deficientes condicións de alimentación e hixiene, causadas pola xestión empresarial corrupta da institución, e a ausencia dunha auténtica función curativa, de tal xeito que era raro que os pacientes mellorasen das súas doenzas; en consecuencia, pasaban boa parte da súa vida no manicomio sen ningunha esperanza de recuperar a saúde e a liberdade. A folga estivo liderada pola CNT, un sindicato con moita forza na Galiza do momento. Que papel xogou o sindicalismo anarquista naqueles anos da II República? Penso que a CNT foi naqueles anos un sindicato de enorme importancia, pois representou a existencia dunha grandísima parte da sociedade organizada para a xestión das súas necesidades e problemas; na Galiza, CNT e UGT agrupaban a boa parte do proletariado urbano e estaban integrando tamén á clase traballadora no rural. O reformismo republicano non estaba sendo quen de responder ás necesidades da clase traballadora Na medida en que as inquedanzas da clase traballadora non tiñan resposta por parte das autoridades da II República, houbo situacións de conflito, folgas e mesmo movementos insurreccionais. A existencia de protestas como a do persoal do manicomio de Conxo, animadas pola CNT, o que facían era poñer a República diante das súas propias contradicións, pois o reformismo republicano non estaba sendo quen de responder ás necesidades da clase traballadora. Penso que a CNT foi naqueles anos un sindicato de enorme importancia Como rematou a folga? Lográronse os obxectivos? A folga xeral que paralizou a cidade de Santiago durante cinco días, en solidariedade co persoal do manicomio, significou a consecución das melloras esixidas polos traballadores e traballadoras, e conseguiu tamén a readmisión do persoal despedido durante o conflito. Mais non parece que tivera aínda forza abondo para mudar a xestión empresarial da institución nin para que as autoridades interviran na situación das persoas doentes. A represión dos anos da Guerra Civil e os corenta anos de ditadura significaron a destrución daquel movemento social Cal cre que son os motivos polos que o sindicato, daquela certamente maioritario, foi cedendo poder de representación laboral en detrimento doutras centrais? A represión dos anos da Guerra Civil e os corenta anos de ditadura significaron a destrución daquel movemento social e mesmo impediron a transmisión xeracional dunha cultura reivindicativa que viña xa desde a segunda metade do século XIX. Cando nos anos de Transición se deu a apertura que permitiu o renacemento do sindicalismo, houbo unha aposta gubernamental consciente pola continuidade do modelo vertical franquista, que pasou ás mans de CCOO e UGT. Moi mermada pola represión e marxinada no novo marco laboral, a CNT pasou a ser un sindicato minoritario. Sen a forza dos anos anteriores á Guerra Civil, non tivo capacidade de influír na situación laboral da clase traballadora galega.
NOS_10807
Os fondos repartirán 638.000 euros entre 44 entidades e asociacións
A Área de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo pretende axilizar a xestión das axudas a entidades, colectivos e asociacións culturais previstas nos orzamentos de 2020, que suman un importe de 638.000 euros. Son achegas destinadas ao funcionamento da armazón cultural de base, que tratarán de pór a disposición das beneficiarias "no menor tempo posíbel", sinalou a deputada de Cultura, Maite Ferreiro. As asociacións recibirán a comunicación correspondente e poderán iniciar o procedemento de solicitude. As achegas, recollidas nos orzamentos de 2020 e no Plan Estratéxico de Subvencións, repártense entre 44 entidades que centran a súa actividade na protección, valorización e difusión do patrimonio cultural, así como na normalización do uso do galego. Entre elas atópanse a Asociación de Gaiteiros Galegos, Lugo Patrimonio e Mariña Patrimonio ou O Teixo de Piornedo. Ademais de manter o apoio a entidades como a Real Academia Galega ou a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, a área de Cultura retoma a colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, que decaera na pasada lexislatura, e incrementa a achega destinada a Asociación Correlingua, que fai 20 anos de activismo. Así mesmo, enceta a colaboración coa Asociación 25 Xastres de Monterroso, que converteu a Feira do Libro e do Disco en Galego nun referente para creadoras de toda a Galiza. Os fondos destinados no eido da normalización increméntanse en máis do 50%. Os conservatorios de Vilalba, Monforte e Viveiro, a Asociación Músico Crisanto ou a Escola de Música de Antas de Ulla tamén son beneficiarias, xunto a programacións como a Semana do Cine de Lugo ou o festival de Pardiñas de Guitiriz.
QUEPASA_629
Veteranos: O Zas álzase co título de D.H. e o Mazaricos co de 1ª Division. O Concello de Zas, campión da Liga da Cadete por 4 goles. Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com e a fase de Ascenso á Liga da Costa en www.copadacosta.com.
Tremenda xornada a vivida esta primeira fin de semana. O carrusel de www.futboldacosta.com volveu botar fume nunha xornada que pode deixar medio decidida a Liga da Costa. O Mazaricos non fallaba en Arliña, mentres que o Corme deixaba marchar dous puntos no choque ante un necesitado Zas. Agora son 5 os puntos de diferencia entre ambos a falta de 3 xornadas. Ademais, o Fisterra, acompañado por unha afección sen comparación no fútbol modesto galego, non puido asaltar o Lino Balado de Sigüeiro, e non pasou do empate sen goles, a pesar de protestar unha posible penalti nos últimos minutos que non viu o colexiado. Os de Ángel López mantéñense a 2 puntos do propio líder, pero o Flavia, que goleou ao Baio no Platas Reinoso botando definitivamente aos baieses da pelexa, colócase entre Sigüeiro e Fisterra, nesa codiciada praza de promoción. Tamén na 1ª, importantísima vitoria da Esteirana onte en Piloño quedando mesmo ao fío dos temidos arrastres, que a día de hoxe serían 2 nesta 1ª. Volvendo á Liga da Costa, un dos partidos fundamentais quedou suspendido. O Eleuterio Balayo, que necesita cambiar o seu céspede como fixo estas semanas o campo de San Andrés, estaba totalmente anegado, provocando que o Muros-Lira se tivese que aprazar. Veremos agora cando o pon a FGF.Nesa zona baixa, o Montelouro non pasaba do empate ante o Cerqueda e practicamente di adeus ás súas posibilidades de permanencia. Son 5 puntos por debaixo dun Cee que tamén sumou un empate ante o San Lorenzo, e que a día de hoxe non sufriría o arrastre. Promoción á Liga da Costa Adiantábanse os dous equipos camariñáns no comezo destas semis da Fase de Ascenso á 2ª (que podedes seguir en www.copadacosta.com), e parecía que podería haber derbi na final. Pero nada máis lonxe da realidade. O Castriz remontaba en Camariñas e se coloca 1-3 mentres o Outes facía o propio e remataba 2-1 ante o Porteño. Dous títulos A xornada deparou ademais os títulos de Veteranos para Zas e tamén para o Mazaricos en 1ª División e o título do Concello de Zas na Liga Cadete. Títulos que demostran que cada gol vale.
NOS_17176
Un incendio forestal activo na localidade de Arbo (A Paradanta) obrigou a activar a situación 2 de alerta por proximidade do lume a un núcleo de vivendas da parroquia das Searas. Os equipos de extinción tamén traballan nun incendio activo no municipio de Oímbra (Comarca de Verín).
Un incendio forestal activo na localidade de Arbo (Paradanta) obrigou a activar a situación 2 de alerta por proximidade do lume a un núcleo de vivendas da parroquia das Searas. Dous incencios en Bolo (Valdeorras) e Vigo calcinan habitacións en vivendas O lume, iniciado ás 3.17 horas deste sábado na parroquia de Mourentán, calcinou polo momento 11 hectáreas, segundo as primeiras estimacións da Consellaría do Medio Rural. No lugar traballan nestes momentos dous axentes, 14 brigadas, 10 motobombas, unha pa, dous avións e tres helicópteros. O alcalde do municipio, Horacio Gil, asegurou que as condicións meteorolóxicas nestes momentos son "moi adversas" con "moito vento e altas temperaturas". O incendio de Castrelo volve evidenciar a falla de brigadas e "eivas nos operativos" Ademais, sinalou que están a aparecer focos en distintos puntos "seguramente polo efecto do vento". Así mesmo, o rexedor confirmou que polo momento non foi necesario evacuar aos veciños da parroquia das Searas, onde o incendio se atopa máis próximo. Activo un incendio en Oímbra (Comarca de Verín) Un incendio activo no municipio de Oímbra (Comarca de Verín), parroquia homónima, arrasou xa unhas 20 hectáreas, segundo estimacións provisionais da Consellaría de Medio Rural. O lume iniciouse ás 23 horas da sexta feira. Nas tarefas de extinción traballan oito motobombas, cinco axentes, 12 brigadas e unha pa. Este mes en Oímbra tamén houbo outros fogos, xa extinguidos, nas parroquias de: Rabal, con 2.100 hectáreas queimadas; Videferre, 919 hectáreas; e San Cibrao, 370 hectáreas. O conselleiro do Medio Rural non comparecerá polos incendios Pola súa parte, a Consellaría de Medio Rural deu por controlado na mañá deste sábado o lume en Castrelo de Miño (Ribeiro), parroquia de Barral, que queimou xa unhas 200 hectáreas. O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, sinalou que, tras unha vaga de fogos hai dúas semanas provocada por raios, na última semana volveron os incendios dunha "tipoloxía máis tradicional", xa que apunta á súa "intencionalidade". Respecto diso, refírese a un lume que tivo lugar na sexta feira no municipio de Maside (O Carballiño) cunha "clara intencionalidade". De feito, indica que non se pode falar dun incendio "estritamente forestal" porque se produciu "a 100 metros das casas".
NOS_32173
Talvez pecou de conformismo a equipa de Garitano que se limitou a oferecer unha leición de solvencia defensiva. Polo visto no Villamarín (0-0 perante o Betis) o novo futbolista franquicia do Dépor, após a marcha de Lucas ao Arsenal, non é un xogador, senón dous: a dupla Sidnei e Albentosa.
O Dépor abusou dos balóns longos ao punta, sen moita elaboración no centro do campo, o que sen dúbida responde a que a equipa está en plena transición, este sábado era o primeiro partido da era post-Lucas Pérez, e certos automatismos continúan a funcionar. Mais o romanés Florin Andone ten condicións diferentes ás do dianteiro de Monelos e a táctica non rendeu froitos. Andone é máis un finalizador do que un punta que poda rachar por velocidade a zara rival. A impresión que deu o xogo é que Gaizka Garitano, o treinador vasco do Dépor, apostou no seguro, en tempos de tribulación non facer mudanza, que prescribía o seu compatriota, o fundador da compañía de Jesús. E apostar no seguro neste Dépor é pór as fichas nos números de Sidnei e Albentonsa. Estiveron soberbios no traballo de achique. Até trece corners botou o Betis. En van. No xogo aéreo na área coruñesa só existiron Sidnei e Albentosa. Apostar no seguro neste Dépor é pór as fichas nos números de Sidnei e Arbentonsa E así, como que non quere a cousa, o Dépor cazou o seu primeiro empate fóra de casa e até puido ser máis se Borja Valle, dianteiro de refresco, acerta cunha clarísima oportunidade de gol no tempo de desconto. En defintiva, o Dépor xogou a non fallar, e obtivo un punto, mais a sensación que deita o xogo é que se callar, se tivese sido algo máis ambicioiso, a equipa galega, superior tecnicamente aos locais, teríase feito coa vitoria. Real Betis: Adán; Piccini (Dani Ceballos, m.83), Mandi, Pezzella, Durmisi; Petros, Fabián (Musonda, m.66), Felipe Gutiérrez (Cejudo, m.76); Joaquín, Sanabria e Rubén Castro. Deportivo: Lux; Juanfran, Albentosa, Sidnei, Navarro; Guilherme dos Santos (Borges, m.63), Mosquera; Emre Colak, Fayçal Fajr, Bruno Gama (Luisinho, m.78); Florin Andone (Borja Valle, m.88). Árbitro: Carlos Clos Gómez (Comité Aragonés). Amonestou os deportivistas Juanfran (m.65) e Mosquera (m.92). O grupo do Celta na Europe League Mentres tanto, o Celta xa coñece os seus rivais na Europe League. O sorteo realizado este sexta feira emparellou a equipa de Berizzo co Ajax de Amsterdam, o Standard de Liieja e o Panathinaikos. De volta na liga, a equipa viguesa visitará este serán (20.15) o Santiago Bernabéu para defrontar un Real Madrid en que o galego Lucas Vázquez apunta como titular.
PRAZA_9815
Menos dunha semana despois de considerar unha "discriminación" que Galicia non reciba xa o traspaso da AP-9 o presidente da Xunta di concordar coa "moratoria" nos traspasos proposta por Casado porque "se está discutindo a independencia dunha parte de España, despezar España"
Os avances logrados polo Goberno vasco para acelerar transferencias de competencias contempladas no Estatuto de Autonomía de Euskadi no marco das negociacións do PNV co Executivo central serviron a pasada semana á Xunta para recuperar o discurso do agravio territorial. Supuña unha "discriminación", afirmou Alberto Núñez Feijóo, que o Goberno de España impulse o traspaso dun treito da autoestrada AP-68 a Euskadi mentres Galicia agarda pola AP-9, o cal foi reactivado no Congreso o pasado decembro tras telo bloqueado dous anos o gabinete de Mariano Rajoy, pero que volveu frear coa fin da lexislatura.O presidente da Xunta di concordar coa "moratoria" nos traspasos que o PP inclúe no seu programa electoral porque "se está discutindo a independencia dunha parte de España, despezar España"Apenas catro días despois desa protesta do presidente galego o líder do seu partido, Pablo Casado, presentou o seu programa para as eleccións, no que destaca, baixo o epígrafe Comprometidos con el fortalecimiento de la nación, unha aposta por rebaixar o rango legal dos idiomas oficiais diferentes do castelán. E, xunto a ela, a promesa de recentralizar o Estado mediante unha "moratoria" que "paralizará a cesión de novas transferencias ás comunidades autónomas". Ao quinto día, Feijóo amosouse a prol desa promesa do seu partido.Preguntado ao respecto durante unha entrevista en Antena 3 o presidente da Xunta matizou que no programa electoral do seu partido non viu "a palabra recentralización", pero si "unha moratoria para facer transferencias ás comunidades autónomas". A este respecto si se amosou de acordo, porque "se o que se está discutindo é a independencia dunha parte de España, despezar España", dixo en referencia a Catalunya, "non parece que o máis prioritario siga sendo facer transferencias".Galicia aínda ten sen desenvolver competencias contempladas no Estatuto de Autonomía e non recibe ningún traspaso novo dende 2008Así e todo, a xuízo de Feijóo a medida formulada por Casado non é realmente de tanta importancia, toda vez que "a inmensa maioría das transferencias están feitas" e ademais "neste momento non vexo que na rúa estea pedindo facer máis transferencias". Daquela, reflexiona, o que corresponde "neste momento" é "sentar para ver como coordinamos o Estado máis descentralizado do mundo". O que non comparte, agrega, é a posible devolución de competencias que o programa do PP tamén promete facilitar.As palabras do presidente da Xunta a prol desta "moratoria" nos traspasos chegan nun contexto no que a transferencia da AP-9 é unha das principais, pero non a única que Galicia ten pendente. Non en van, o propio PP galego chegou a identificar no Parlamento xunto co resto de grupos ata 70 áreas competenciais pendentes de traspaso, moitas delas contempladas no Estatuto de Autonomía e outras, ligadas a normas vixentes como a de tráfico, imprescindible para despregar a policía galega contemplada por lei dende 2007. Galicia, en calquera caso, non recibe competencias novas dende 2008.
NOS_40349
As traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar anuncian novos paros após conseguir un seguemento superior a 50%.
As traballadoras e traballadores do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar realizaron esta terza feira, 13 de abril, un novo paro de 24 horas, o cuarto no que vai de ano, na rede de servizos públicos, que inclúe as escolas infantís da Galiña Azul, os fogares residenciais, centros de día, centros de acollemento ou os servizos de inclusión e contra a violencia de xénero. Nun comunicado, a CNT valora "moi positivamente esta cuarta xornada de folga, a pesar dos servizos mínimos abusivos decretados". Polos datos que dispón o sindicato, a participación foi maior á conseguida na xornada anterior, cun seguimento de máis de 50% das traballadoras "en fraude de lei", e cunha importante participación en case a totalidade dos centros de traballo, agás naqueles nos que os servizos mínimos foron de 100% do persoal. A xornada comezou cunha ruidosa manifestación-cazolada polas rúas de Compostela, que partiu da Alameda e rematou ás portas do Parlamento da Galiza, coincidindo coa realización do pleno. Fronte ao pazo do Hórreo as manifestantes berraron consignas como "As que estamos, quedamos", "Fixeza xa", "Feixoo escoita, o Consorcio en loita" ou "Non ao ERE ás mulleres", referíndose neste último caso á evidente discriminación por razón de sexo que se daría de executarse o plan da Xunta. Sen resposta da Xerencia O persoal do Consorcio xa anunciou que a súa intención é continuar coas mobilizacións na vindeira terza feira 27 de abril, con motivo do seguinte día de folga convocado para denunciar a situación laboral pola que atravesan as súas traballadoras. Neste senso, desde o sindicato critican abertamente o feito de que a Xerencia do Consorcio e a Dirección Xeral de Función Pública non queiran sentarse a negociar para tentar buscar unha solución para a estabilidade do persoal en folga. "A día de hoxe, continúa sen ningunha proposta alternativa nin vontade de escoitar as posíbeis solucións ofrecidas por parte do sindicato", lamenta a CNT. Para a central sindical é algo "urxente" iniciar estas negociacións para poder dar unha solución ao despedimento masivo de mulleres que se pode producir, ao tempo que lembran a Xunta e a Xerencia do Consorcio que están obrigadas por lei a negociar coas folguistas.
NOS_30896
Sanidade admite que aínda non ten computado o número de galegos e galegas nesta situación. O de recibir só unha dose decidiuse hai un mes no Estado.
Galiza recibiu a inicios desta semana un total de 14.900 doses de Astrazeneca e 47.970 de Pfizer, aínda que desta marca está previsto outro lote de similar cantidade en próximas horas. Con estas doses, e as que faltan por chegar, proseguirá a inmunización do colectivo entre 50 e 59, coas primeiras doses, e as segundas dos colectivos que xa completaron o período de espera maiores de 60 anos. Deste modo, o Sergas informa que avanza na estratexia de vacinación nunha semana clave, debido a que ten previsto empezar cos galegos que fan as doce semanas desde a súa primeira dose de Astrazeneca para preguntarlles por que opción optan: repetir a mesma marca (como recomenda a Xunta) ou Pfizer, como aconsella a estratexia de vacinación estatal. Esta medida implica aos menores de 60 anos que recibiron a primeira dose de Astrazeneca, uns 93.000 galegos e galegas, dos cales uns 60.000 pertencen a colectivos declarados esenciais en toda Galiza. Ademais, hai outros 30.000 galegos que tamén recibiron esta primeira dose e teñen entre 55 e 60 anos e, por tanto, tamén terán que decidir nas próximas semanas cal será a opción. Infectados Os que xa non serán vacinados cunha segunda dose son os menores de 65 anos que xa pasaron a infección de SARS- COV-2,https://www.nosdiario.gal/tags/coronavirus como así se recolle na estratexia de vacinación estatal, unha medida aprobada hai unha semanas na comisión de saúde pública e o consello interterritorial. Respecto diso, fontes da Consellería de Sanidade confirmaron a Europa Press que a Dirección de Saúde Pública "cumprirá a estratexia marcada", que se decidiu hai un mes e foi anunciada pola ministra de Sanidade, Carolina Darias o 28 de abril. Concretamente, a estratexia de vacinación di que, nas persoas menores de 65 anos con antecedente de infección sintomática ou asintomática, administrarase " unha soa dose de vacina" -sen distinguir a marca-. "Coa finalidade de vacinar persoas susceptíbeis canto antes, as persoas priorizadas con antecedente de infección, e independentemente da data de confirmación, recibirán a vacina preferentemente a partir dos seis meses desde a data de comezo de síntomas ou a data de diagnóstico da infección", agrega, así mesmo. Respecto diso, apunta ademais que "non se recomenda a realización de probas serolóxicas ou virolóxicas antes ou despois da vacinación". Desta forma, esta medida implica non só á poboación xeral que pasou a infección en menos de seis meses -neste momento os diagnosticados xusto antes de Nadal e principios de ano. Tamén implicará esta vacinación a todos os galegos e galegas que pertencen aos colectivos esenciais ou son menores de 65 anos e que pasaron a infección nos últimos meses. Neste sentido, as mesmas fontes da Consellería de Sanidade indicaron a Europa Press que aínda non teñen o cómputo realizado e que no seu momento comunicarase. A Xunta pediu ao Ministerio de Sanidade que lle facilite os datos das vacinas das que poderá dispoñer nas próximas datas.
NOS_14102
Breve balanço socieconómico dos Governos de Feijóo (I)
Continuamos a recolher alguns dos indicadores mais ilustrativos para avaliar os resultados dos governos de Feijóo na economia e sociedade galegas. Desta vez, fazemos uma breve análise da competitividade, da inovação e do mundo do trabalho. De acordo com a análise 01/2021 do Observatório GECE do IVIE, a Galiza está 4,6% abaixo da média estatal em termos do peso das empresas altamente competitivas. A fraca estrutura sectorial, a menor dimensão relativa das empresas e o menor grau de intensidade tecnológica reduzem a sua competitividade e mostram a evolução mais negativa de todas as comunidades autónomas na contribuição das empresas mais competitivas para o valor acrescentado e o emprego. Baixa solvência a curto e longo prazo, e capacidade reduzida para atrair capital humano. De acordo com o último relatório do ICREG 2020, publicado pelo Conselho Geral de Economistas, a Galiza está no grupo de nível competitivo médio-baixo. A nossa posição competitiva está, em resumo, na 9ª posição das 17 comunidades autónomas, destacando a má situação das infra-estruturas básicas e a eficiência empresarial, e está classificada como média-baixa em termos de inovação. O investimento galego em I&D interno em percentagem do PIBpm continua a registar um grande diferencial negativo em relação às médias estatal e da UE. O rácio antecipado para 2020, de 1,09%, é ligeiramente superior ao de 2009, embora esteja longe do do País Basco, que lidera o investimento em I&D no estado com 2,20%, sendo a média estatal de 1,41%, ou do da Alemanha com 3,14%, sendo a média da UE-27 de 2,32%. Dos 0,97% investidos em 2019 na Galiza, 0,51% correspondeu a empresas privadas, 0,32% a universidades e apenas 0,13% à administração pública, muito inferior ao esforço público médio estatal de 0,22%. Os orçamentos da Junta, não recuperaram o nível de investimento nos programas de inovação e investigação universitária de 2009, até 2018, una década depois. O orçamento de 2022 atribuído pelo Conselharia da Economia, Emprego e Inovação ao Plano Galego de Investigação, Desenvolvimento e Inovação Tecnológica (programa 561A) foi de 151,6 milhões de euros (excluindo as rubricas afectadas de Rural e Mar), e de 78,9 milhões para o programa de Investigação Universitária 561B no âmbito de Cultura, Educação e Universidade. No entanto, a execução orçamental é baixa. Em 2021, apenas 54,5% do 561A tinham sido implementados, e a atribuição do 561B foi modificada para baixo em 16% do crédito inicial. Trabalho A baixa expectativa de rentabilidade desencorajou o investimento produtivo, levou à destruição da força produtiva e reduziu o potencial de desenvolvimento socioeconómico. O emprego e os salários foram mais uma vez as principais variáveis de ajustamento à crise durante a época de Feijóo. Entre 2009 e junho de 2022, a população activa diminuiu por volta de 70.000 pessoas e a taxa de actividade caiu de 54,8% para perto de 53%. O grupo mais afectado foi o dos menores de 40 anos, que diminuiu em 255.200 pessoas. Em 2013, o nível de emprego pré-crise de 2008 começou a recuperar, mas a pandemia interrompeu o processo. Para mais, persiste a grave fenda de género a respeito do estado, bem como na taxa de actividade. Entre 2009 e 2020 a população ocupada por sectores desce, nomeadamente na agricultura, indústria de manufatura e construção, afundando assim a terciarização da estrutura produtiva, o que significa uma precarização adicional do emprego, uma vez que na Galiza, o sector de serviços é caracterizado pela temporalidade, a feminização de muitos empregos e salários mais baixos. No período 2009 - 2021 pode ser observada uma diminuição do número de registos na segurança social. Isto é explicado pela evolução das outras variáveis. Mais uma década perdida para tirar partido de todo o potencial produtivo da sociedade galega. O trabalho a tempo parcial aumentou a sua quota no emprego total, atingindo 14,3% em 2021, contra 10,9% em 2009. Em 2009, 25,7% dos contratos eram temporários e, embora o seu peso tivesse sido reduzido, no primeiro trimestre de 2022 ainda se encontravam a um nível elevado, exactamente 22,46%. A taxa de contingência na administração da Junta foi de 20% em 2009 e encerrou 2021 com 21%, apesar da necessidade urgente de pessoal nas áreas da saúde, educação e serviços sociais. Os salários e pensões médios na Galiza continuam a ser inferiores à média do Estado. Em 2020, os salários médios eram 4,7% inferiores à média do Estado e a pensão de reforma média era 15,41% inferior à média estatal em Março de 2022. O aumento de 20% da produtividade laboral na Galiza entre 2009 e 2020 não foi igualado por aumentos salariais proporcionais, indicando uma tendência para aumentar a exploração laboral em maior medida do que no Estado. O elevado nível de inflação na economia galega desde o verão de 2021 levou a uma grave perda de poder de compra para a classe trabalhadora galega, quer activa quer reformada, e em maior medida do que a média do Estado.
NOS_4695
A deputada Mercedes Queixas aproveita o Día Internacional do Teatro para facer fincapé na necesidade de impulsar, tamén, un plan director que forneza medidas concretas para axudar á creación, produción e distribución.
Con motivo do Día Internacional do Teatro, o BNG quixo hoxe defender a necesidade dunha serie de iniciativas para impulsar o mundo da cultura, e desta arte en concreto, debido as graves consecuencias que tivo a pandemia para as traballadoras do sector. Así, instan á Xunta a crear unha Lei de Artes Escénicas. A deputada Mercedes Queixas, que se comprometeu a "traballar man a man co sector" para lograr a norma da que falan, considera que sería unha das medidas básicas "para combater a precariedade laboral agravada polas restricións da pandemia". Desde o punto de vista dos nacionalistas, ese documento marco -que ten que apoiar tamén o Goberno galego- tería que saír do prelo xunto cun plan director que "desenvolva medidas concretas dirixidas á creación, produción, programación e distribución" das obras. Aliás, podería servir para "a profesionalización, o desenvolvemento económico e a difusión social" do teatro na Galiza. A idea é atender ás demandas e achegas das e dos traballadores e elaborar un texto conxunto que realmente atenda as necesidades existentes. "Desde o BNG seguiremos demandando do Goberno galego actuacións encamiñadas a paliar as graves consecuencias económicas da Covid-19 sobre o sector do teatro", avisou Queixas. Neste sentido, incide en que tanto a sociedade como a Administración teñen que lembrar que a maioría das persoas vinculadas ás diferentes vertentes da actividade teatral son "autónomas", polo que o coronavirus e o que trouxo consigo deixounas nunha situación preocupante.
PRAZA_407
A Asociación Monte Pindo Parque Natural conseguíu, grazas ao insistente traballo do Valedor do Pobo, que o Goberno galego lle remitise a información sobre os gastos motivados pola extinción do incendio e os traballos de recuperación: ao redor dun millón de euros.
Cando en setembro de 2013 ardeu o Monte Pindo, os colectivos sociais que levaban anos reivindicando a declaración do espazo como parque natural denunciaron de contado o abandono ao que o Goberno galego levaba anos sometendo ao lugar. "O Monte Pindo é o paradigma perfecto do lume iniciado por un chisqueiro pero alimentado por anos de desidia política sen precedentes; nunca antes se pedira con tanta insistencia e durante tanto tempo á Xunta que actuase sobre un espazo natural en concreto, e non se fixo absolutamente nada, o único que nos deron foi a espalda", sinalaba Mario Maceiras, secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Nos días posteriores a ese incendio puxéronse tamén de relevo, ao igual que noutras zonas queimadas, os elevados custes xerados polos traballos de extinción e os necesarios labores de recuperación posterior, que sen dúbida implicaban un gasto público moi superior ás accións de prevención e coidado -non realizadas pola Xunta- e que poderían ter evitado a catástrofe. O Goberno galego negouse durante máis dun ano a facilitar esta información e só accedeu a facelo despois de que a Asociación recorrerse á intermediación do Valedor do Pobo, que insistentemente lle recordou á Xunta a súa obriga de remitila Pouco despois do incendio, en novembro de 2013, a Asociación Monte Pindo Parque Natural, solicitoulle oficialmente á Xunta que fixese públicos os gastos totais dos traballos de extinción e recuperación, e tamén os investimentos realizados no lugar dende a chegada de Alberto Núñez Feijoo ao poder. O Goberno galego negouse durante máis dun ano a facilitar esta información e só accedeu a facelo despois de que a Asociación recorrerse á intermediación do Valedor do Pobo, que insistentemente lle recordou á Xunta a súa obriga de remitir estes datos. En total, tres páxinas escasas cunha información moi xeral e con moito menor detalle do esixido. En calquera caso, os datos oficiais revelados pola Xunta permiten establecer unhas conclusións que confirman as críticas e denuncias previas dos colectivos defensores do espazo. O Goberno galego gastou ao redor dun millón de euros na extinción e na recuperación do Monte Pindo. Desa cantidade 538.439 euros corresponden ao operativo público de extinción do lume, que "non serviron para salvar un só metro cadrado do espazo natural protexido, mais apenas para protexer do lume os núcleos que corrían perigo de desastre. Só a choiva e as barreiras naturais posibilitaron finalmente días despois o control do incendio", lembra a Asociación Monte Pindo. Outros 251.466 euros foron destinados ás empresas privadas que traballaron na extinción, nomeadamente Inaer Galicia S.L. e os seus medios aéreos e brigadas aerotransportadas. O Goberno galego gastou ao redor dun millón de euros na extinción e na recuperación do Monte Pindo A Asociación preguntou tamén polas medidas adoptadas posteriormente ao incendio. Porén, estas non aparecen desglosadas no informe. A entidade preguntaba concretamente polo custe do dispositivo de lanzamento de palla desde helicopteros, cualificado de "ridículo e insuficiente". A Xunta facilita unicamente o custe xenérico dunha "encomenda de xestión á empresa pública SEAGA" por valor de 553.651 euros, pero sen detallar cales foron esas actuacións nin onde se desenvolveron. A Asociación estudará "se a administración vulnera a legalidade ao negarnos este dato pois entendemos que a petición de información era moi clara". Monte Pindo Parque Natural denuncia que a Xunta "non gastou un só euro en indemnizar ou resarcir de ningún xeito á veciñanza cuxas propiedades, vivendas e explotacións sufriron danos a consecuencia da acción directa do lume" Monte Pindo Parque Natural denuncia que a Xunta "non gastou un só euro en indemnizar ou resarcir de ningún xeito á veciñanza cuxas propiedades, vivendas e explotacións sufriron danos a consecuencia da acción directa do lume". E lembra que o PP "negárase asi mesmo a tramitar a declaración de zona catastrófica e activar sendos planos especiais para a recuperación do espazo degradado e para o desenvolvemento socioeconómico da zona". En canto aos investimentos realizados no espazo entre 2009 e 2013, a Xunta só confirma unha actuación: un desbroce de 74 hectáreas (o Monte Pindo ten preto de 2 mil) desenvolvido entre os anos 2010 e 2011, por valor de 79.065 euros. A Xunta só confirma unha actuación entre 2009 e 2013: un desbroce de 74 hectáreas (o Monte Pindo ten preto de 2 mil), por valor de 79.065 euros A Asociación conclúe que "a cadea dos acontecementos vén dar completamente a razón á veciñanza despois de 5 anos de loita e demostra que o Parque Natural si representaba e segue a representar unha solución para este espazopois obriga a dispoñer dun orzamento anual, planos de actuación, corpos de vixilancia e conservación e órgano de dirección". O PP votou en varias ocasións en contra da declaración do espazo como Parque Natural, a pesar de que esta declaración figuraba entre as súas promesas electorais nos comicios municipais entre 2003 e 2011. Engaden que "non podemos cuantificar a priori o custo exacto de crear ese Parque Natural, pero sen dúbida ese millón de euros que a Xunta dilapidou improvisada e inutilmente serían máis que suficientes para declaralo e dotalo dunha estructura eficiente". "O abandono ao que a Xunta someteu o Olimpo Celta tantos anos si resultou ser un negocio absolutamente ruinoso desde o punto de vista económico, social e medioambiental", rematan. "Non podemos cuantificar a priori o custo exacto de crear ese Parque Natural, pero sen dúbida ese millón de euros que a Xunta dilapidou improvisada e inutilmente serían máis que suficientes para declaralo e dotalo dunha estructura eficiente" A Asociación Monte Pindo Parque Natural vai presentar unha denuncia contra varios altos cargos da Xunta de Galicia ante a Unión Europea "por ter permitido baixo a súa xestión a destrución case total dos valores naturais que xustificaron nos seu día a incorporación do espazo denominado LIC Carnota-Monte Pindo na Rede Natura 2000". "O PP debe asumir a súa responsabilidade política por ignorar durante 3 longos anos a quen lle alertaba do que finalmente pasaría, o que nunha sociedade avanzada suporía a dimisión ou o cese flagrante de todos os cargos políticos implicados, pero tamén e sobre todo deben aceptar a responsabilidade legal, pois o seu goberno é responsábel único e directo da xestión do Monte Pindo, e por tanto de todo o que pasa nel", din.
NOS_40395
O Premio do Público Culturgal 2014 xa ten candidatas. Cineuropa, Diario Cultural e Viñetas desde o Atlántico optan a se converter nos segundos galardóns da feira da cultura, tomando o relevo do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Até o 18 de novembro a páxina de Culturgal está aberta á votación do público para a elección da candidatura gañadora da segunda edición do premio da feira das industrias culturais que se desenvolverá do 5 ao 7 en Pontevedra. O obxectivo do premio é recoñecer un proxecto cultural a través da participación popular para o que as asociacións que forman parte de Culturgal propoñen tres candidaturas finalistas, o festival Cineuropa dirixido por Xosé Luís Losa no Concello de Santiago, o Diario Cultural que dirixe Ana Romaní na Radio Galega e Viñetas do Atlántico, da Coruña, dirixido por Miguelanxo Prado. O premio será entregado no marco do propio Culturgal, o domingo día 7. Será a opción máis apoiada na web da Feira, que estará aberta para recibir votos "internautas" desde esta quinta feira 30 de outubro até o 18 de novembro. Valores das candidatas Destacan de Cineuropa ser "a festa do cine na capital galega durante o mes de novembro, desde 1987 apoiado polo concello de Santiago de Compostela como iniciativa pública que mantivo o seu compromiso co público de maneira ininterrompida". En canto ao Diario Cultural da Radio Galega , en antena desde 1990-91, dirixido por Ana Romaní fan fincapé no seu papel de difusor da nosa cultura e, ao tempo, plataforma de creación a través de distintas iniciativas. Do salón de cómic internacional, "Viñetas desde o Atlántico" valoran a súa condición de encontro de ámbito internacional e, ao tempo, promotor da banda deseñada galega cun programa estábel que se mantén desde 1998.
NOS_2544
O Goberno modificou a lei para deixar que os comercios podan limiten de forma temporal a venda de produtos ante un risco xustificado de falta de subministración.
Deben darse unhas circunstancias extraordinarias e a decisión ha de estar ben xustificada, pero os estabelecementos comerciais poderán intervir e limitar as compras das persoas consumidoras para evitar o desabastecemento de certos produtos. O Boletín Oficial do Estado recolle hoxe a modificación aprobada polo Goberno de Pedro Sánchez da Lei 7/1996 de Ordenación do Comercio Comerciante polo miúdo, no marco do Real Decreto publicado hoxe. Supermercados na Galiza racionan a venda de aceite de xirasol pola guerra en Ucraína O texto engadido no artigo 9 da norma recolle que "excepcionalmente, cando existan circunstancias extraordinarias ou de forza maior que o xustifiquen, os estabelecementos comerciais poderán suspender con carácter temporal a prohibición prevista no apartado 2 de limitar a cantidade de artigos que poidan ser adquiridos por cada comprador". Acceso equitativo As tendas deberán aplicar esta prohibición "de maneira proporcionada cando sexa necesario para impedir o desabastecemento e garantir o acceso dos consumidores en condicións equitativas". Até o momento, os comerciantes non podían limitar, por lei, "a cantidade de artigos que poden ser adquiridos por cada comprador". Tampouco podían "estabelecer prezos máis elevados ou suprimir reducións ou incentivos para as compras que superen un determinado volume". Con esta mudanza, en vigor até o 30 de xuño, os comercios poderán "suspender con carácter temporal a prohibición prevista no apartado 2 de limitar a cantidade de artigos que poidan ser adquiridos por cada comprador". Abusos A normativa aprobada ten como obxectivo impedir o desabastecemento en situacións "de forza maior", e garantir a subministración mais o acceso a todos os consumidores de determinados produtos que poidan chegar a escasear. Pode a Galiza contar cun aceite de oliva con denominación de orixe propia? Busca, ademais, dar resposta a situacións denunciadas nas últimas semanas tanto por consumidores particulares como por asociacións de usuarios e usuarias de grandes superficies que, ademais de limitar, por exemplo, o número de botellas de aceite de xirasol que podía mercar dunha vez unha mesma persoas, tamén acompañaron a medida de alzas de prezos "desproporcionadas".
PRAZA_6181
A Asociación Puntogal deu a coñecer as 93 entidades sociais, empresas e administracións públicas que nuns días comezarán a usar o dominio .gal. entre elas estará Praza. Edita de Lorenzo, nomeada directora xeral de Puntogal, xestionadora do dominio galego na rede.
A partir do 25 de xullo poderedes entrar en praza.gal. E en avogacia.gal, deputacionlugo.gal, celta.gal, 25dexullo.gal ou ascatedrais.gal, até un total de 93 webs de entidades sociais, empresas e administracións públicas, seleccionadas pola Asociación Puntogal no seu Programa de Pioneiros. A Asociación revelou este martes, nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego, as candidaturas escollidas entre as 134 presentadas. Os nomes pioneiros poderán activarse dende o vindeiro venres. Para Manuel González, estas entidades, ademais de contribuír "ao desenvolvemento das industrias TIC en Galicia", axudan a "elevar a nosa autoestima" No acto, o presidente da Asociación puntoGAL, Manuel González, destacou que "os participantes neste programa son pioneiros de algo tan importante como que neste medio revolucionario que condiciona as nosas vidas Galicia teña un carné de identidade, que a lingua galega teña visibilidade", de xeito que estas entidades, ademais de contribuír "ao desenvolvemento das industrias TIC en Galicia", axudan a "elevar a nosa autoestima, como en calquera pais normal, facendo exhibición da nosa identidade como galegos". González agradeceu o "compromiso" e o apoio económico amosado, pois os responsables das candidaturas escollidas tiveron que desembolsar entre 400 euros (entidades sen ánimo de lucro), 1.000 euros (administracións públicas) e 3.000 euros (empresas privadas). Edita de Lorenzo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (ETSE) na Universidade de Vigo, é a primeira directora xeral da Asociación Puntogal O acto no Museo do Pobo serviu tamén para que puntoGAL anunciase o nomeamento da súa primeira directora xeral, Edita de Lorenzo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (ETSE) na Universidade de Vigo, e profesora titular do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións dende 1998. Ourensá, forma parte da directiva de Coditel (Conferencia de Directores de Enxeñería de Telecomunicación), do Coetg/Aetg (Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacion de Galicia) e foi cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering). De Lorenzo deu as grazas a todos os que contribuíron ao lanzamento do novo identificador, especialmente aos que farán visible o dominio activándoo a partir do 25 de xullo. Ademais, explicou con detalle as novas fases que se abren a partir de agora Os 93 dominios seleccionados Hai tamén un grupo de empresas que dende o primeiro momento apostaron polo .gal, como Dinahosting, R, Galaxia, Xerais, Gadis ou Rei Zentolo. Tamén o Celta e o Deportivo Entre os primeiros dominios .gal atopamos un bo número de administracións públicas; ademais dos varios dominios concedidos á Xunta (25dexullo.gal, cultura.gal ou goberno.gal), destacan o da Deputación de Lugo (deputacionlugo.gal) e varios concellos, como Carballo, Teo, Ribadeo, Ponteceso, Ordes, Pontevedra, Castrelo de Miño, Vilar de Santos ou Cambre. Hai tamén varias entidades sociais, como Adega, CIG, CC.OO., CTNL, A Mesa, AGAL, Prolingua ou a Real Academia Galega; asociacións profesionais (aetg.gal ou xornalistas.gal); as tres universidades e tamén varios entes relacionados coas novas tecnoloxías (Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Cluster TIC de Galicia, Agasol ou a Fundación Centro Supercomputación de Galicia). Hai tamén un grupo de empresas que dende o primeiro momento apostaron polo .gal, como Dinahosting, R, Galaxia, Xerais, Gadis ou Rei Zentolo. Tamén o Celta e o Deportivo. E varios medios de comunicación: ademais de Praza, Galicia Confidencial, Radiofusión, Sermos Galiza, A Voz de Vilalba, Código Cero, La Voz de Galicia ou El Correo Gallego. Debullando a lista, descubrimos tamén algunha curiosidade, como que o Partido Popular rexistrase a web Feijoo.gal. Ou que Ribadeo escollese o dominio ascatedrais.gal. Ou que unha cooperativa coma a do Val, en Narón, decidise apostar de inicio polo dominio galego (oval.gal) Dos 93 pioneiros seleccionados, seis están incluídos nunha lista da ICANN (o organismo que goberna as direccións da Internet) de millóns de enderezos de todos os novos dominios que non se poderán activar agora. Polo tanto, r.gal, cultur.gal, xunta.gal, crtvg.gal, ccoo.gal e socialistas.gal están xa rexistrados a nome desas organizacións, pero tecnicamente non poderán entrar en funcionamento o 25 de xullo. O motivo é que ICANN estableceu que 9,8 millóns de enderezos de novos dominios necesitan salvagardas especiais para evitar confusións entre a Internet e as intranets. Esta lista -chamada por ICANN confusión de nomes ou name collision- afecta a todos os novos identificadores, non só ao .gal. Estes nomes entrarán en funcionamento en canto a ICANN determine o procedemento para activalos. Novas fases, novos dominios Completada a fase de Pioneiros, a seguinte, bautizada como Abrente, comezará o 15 de setembro, durará até novembro e busca "protexer" dominios de interese público Completada a fase de Pioneiros, a seguinte, bautizada como Abrente, comezará o 15 de setembro, durará até novembro e busca "protexer" dominios de interese público. No Abrente as entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio actual. Búscase así protexer os intereses de colectivos como propietarios de marcas, administracións públicas ou marcas internacionais protexidas de acordo as normas da ICANN. A asociación destaca neste senso que "unha das finalidades do puntoGAL é que as empresas e institucións poidan presentar as súas marcas, produtos e servizos dunha maneira máis próxima aos galegos". Paralelamente ao Abrente, haberá unha fase de Carreira para o público en xeral para os enderezos que non teñan dereitos preferentes. Durante a Carreira poderase poxar por enderezos especialmente atractivos. A partir de decembro comezará a quenda para a fase aberta, "na que todo o público poderá acceder ao dominio sen restricións", como sucede con calquera dos dominios que levan tempo na rede. As características concretas de cada fase serán publicadas no portal www.dominio.gal "con suficiente antelación". Ademais, a través desta páxina indicarase a fórmula para consultar e resolver dúbidas. Os sitios web co .gal deben ter un contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas Dominio.gal tamén explica que páxinas webs poderán empregar o dominio .gal. Os sitios web co .gal deben ter un contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña especificamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento. Así o obriga a candidatura do .gal aprobada por ICANN. Descarga aquí a lista das primeiras 93 webs con dominio .gal (.pdf)
NOS_3612
Mulleres, homes, bestas e relixión. Son os protagonistas da orixe da Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada). Rescatamos, neste tempo de pandemia, unha historia que naceu dunha das infeccións máis temidas na Galiza: a peste.
Toda festa de orixe popular garda certa mitificación, simbolismo e identidade. A tradición oral sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo fíase cun compoñente relixioso. A veciñanza desta parroquia da Estrada cre que xurdiu dunha gran peste que afectou a comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Dúas irmás de Sabucedo ofrecéronlle ao patrón da parroquia, San Lourenzo, un par de bestas da súa propiedade se as defendía da epidemia. Pasada a peste, as mulleres cumpriron o seu ofrecemento e doaron as dúas bestas ao párroco. Cos anos, os cabalos salvaxes multiplicáronse nos montes da bisbarra. "Pódese dicir que esta tradición encontra certos apoios nalgúns topónimos que lle dan verosimilitude histórica", explica o teólogo e doutor en Filosofía Manuel Cabada Castro no libro A Rapa das Bestas de Sabucedo. Historia e antropoloxía dunha tradición (Ir Indo). Mentres durou a peste, as dúas irmás, coñecidas como "as vellas", refuxiáronse nunha cabana próxima á aldea. Aínda hoxe se conserva o topónimo A Cabana, unha veiga próxima na que se atoparon pedras levantadas a modo de paredes. Carballeira das Vellas, Fonte das Vellas e Lebagueiras Vellas son outros dos lugares que chegan até nós. As orixes dunha tradición A epidemia á que se remontan as orixes desta rapa puido ter lugar na metade do século XVI. Até o desenvolvemento das vacinas, foron moitas as doenzas víricas que chegaron á Galiza. Aínda que as máis lembradas foron as dos séculos XIV e XV, a que daría lugar á lenda de San Lourenzo sería a peste bubónica de 1567, que tivo unha grande incidencia no Couto de Codeseda e afectou a esta parroquia, a Liripio e a Sabucedo, facéndose notar tamén no Grove, Caldas de Reis, Noia e en Rianxo. A Codeseda e Sabucedo tería chegado a epidemia desde O Grove, seguindo a liña do Umia, e desde Portugal. En maio de 1569 afectaba a Vigo e Compostela, onde deixou, segundo o escrito, 8.000 persoas. "A cidade de Santiago resistiu intentando impedir a entrada persoas que se supoñía que estarían infectadas pola peste, entre elas, as do Couto de Codeseda", recolle Cabada. De feito, o procurador xeral e os rexedores de Compostela en 1568 ordenaran situar en cada unha das entradas da vila un memorial dos lugares afectados. A importancia do foco de Codeseda foi tal que ocupou o segundo lugar do citado memorial, após O Grove. As chuvias torrenciais de 1571 deixaron sen efecto a peste, que voltaría en 1578 e en 1598. Destas epidemias, expón Cabada, "non pode haber constancia nos documentos parroquiais de Sabucedo, que se empezaron a escribir a finais do século XVII, cando estas enfermidades comezaron a perder a virulencia de tempos anteriores". O estudoso considera que as pestes do século XVI "poderían parecer demasiado temperás como comezo ou orixe da rapa" de termos en conta o escaso número de bestas recollidas no Libro de Fábrica da parroquia. Porén, advirte de que "non se pode deducir das poucas vendas de poldros nesa época que fose moi reducido o número de bestas, pois a finais do século XIX a venda de das crías foi case nula, e había un bo número de bestas", engade. "A cuestión da relación entre a tradición oral popular das irmás e as primeiras noticias escritas sobre as bestas nese momento carece de resposta definitiva", advirte quen fora profesor da Universidade Complutense de Madrid. Nas primeiras anotacións do Libro da Fábrica, escritas a finais do século XVII, bestas e vacas, coas súas crías, formaban parte do patrimonio da Igrexa. O primeiro reconto oficial das bestas de San Lourenzo data de 1724, "35 eguas e poldros". Hoxe das 400 bestas que percorren os montes de Sabucedo, as do santo representan a metade, case 200, segundo os datos fornecidos a este medio pola Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo. A principios da década dos noventa do século pasado, as bestas do santo eran, tan só, un terzo. Ás coñecidas como bestas do santo fanábanselles as orellas cando eran unhas crías (mutilación que xa non se realiza) e, unha vez os poldros facían un ano de idade, eran marcados a lume, ben na coxa ben na anca, coa grella, símbolo de San Lourenzo. Os cabalos xefes das greas de bestas son sempre "do santo" e no curro os aloitadores só rapan as bestas que pertencen a San Lourenzo, pois o resto son de particulares", afirman fontes da asociación. En Sabucedo non só aloitan os homes. Tamén o fai algunha muller, que continúa o papel daquelas veciñas da aldea que, cando tivo lugar a represión, se encargaron de organizar a rapa das bestas. Segundo Cabada, a primeira vez que se cita nun documento eclesial o acurramento das "eguas do glorioso San Lourenzo" é en 1733. A palabra "curro", que naquel momento se refería ao adro da igrexa, aparecía en 1742. Foi en 1778 cando o párroco de Sabucedo, Felipe Carabeo, solicitaba a construción dunha edificación propia para as tarefas da rapa ao lado do templo. Na documentación histórica que ten a ver coa Rapa das Bestas son frecuentes as alusións ao viño que, até ben entrado o século XX, corría por conta da Igrexa. No ano 1742, salienta Cabada, anótase nos documentos eclesiais: "unha canada de viño que se gastou o día que trouxeron as eguas ao curro", por valor de 15 reais. Un ano despois, citábase o gasto de dúas canadas de viño a 24 reais e en 1744 son 46 reais, co mesmo consumo, que "se gastaron cos veciños nas dúas ocasións que foron buscar as eguas ao monte e a marcar os poldros novos". Durante o resto do século XVIII, os gastos das baixas oscilan entre os 19 reais de 1746 e os 56 de 1759. A través do Catastro de Ensenada coñécese que o viño tivo en Sabucedo unha boa tradición de transportistas ou arrieiros, "é posíbel que tal tradición tivese a súa orixe na antiga dependencia servicial de Sabucedo do mosteiro de freiras bieitas de Codeseda, xa que sabemos que este mosteiro tiña posesións na bisbarra vitícola do Ribeiro". Até mediados do século XX mantívose a tradición que levaba a Igrexa a sufragar o viño. O crecemento do número de bestas de particulares e a desaparición do oficio dos arrieiros levou ao remate da ofrenda eclesial de viño aos participantes na rapa. Petróglifos O simbolismo do cabalo en Sabucedo remóntase aos petróglifos que se atopan nos montes da comarca. No monte da Planzadoira, xa no concello de Campo Lameiro, obsérvanse varias penas con petróglifos entre os que se atopan representados cabalos e xinetes. Antonio de la Peña e José Manuel Varela estudaron estes gravados, que se distinguen dos que representan cervos porque prescinden da cornamenta e presentan unha longa e espesa cola. As máis das veces sobre eles aparece unha figura antropomorfa en postura de equitación ou de aloita. Ambos os investigadores sinalaron que estas escenas poderían constituír "representacións da vida cotiá totalmente secularizadas ou ben escenas mitolóxicas" ou mesmo "posíbeis significados como imaxes de seres extraordinarios ou ben representacións sacralizadas dalgunha divindade". Daqueles montes ateigados de cabalos salvaxes dos que fica constancia nos petróglifos tan só quedan en Sabucedo ao redor de 400. O descenso do número de bestas é acusado no conxunto da Galiza. En todo o territorio nacional existen ao redor de 8.000, menos da metade que hai dez anos. "A caída débese, sobre todo, á normativa implantada pola Xunta co microchip", sinala Paulo Vicente Monteagudo, presidente da Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo, en referencia ao custo da implantación do dispositivo. "Moita xente que tiña bestas no monte desfíxose delas porque non estaba disposta a pagar o que requiría a identificación", agrega. No caso desta parroquia da Estrada, explica, engádese "o mal estado do monte, no que o toxo medra sen parar debido ao cambio de usos do terreo. Hoxe en día ninguén roza o toxo, co cal, aos animais élles imposíbel entrar con tanta matogueira". O presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo considera que a recuperación da especie, pura raza galega, pasa pola axuda das Administracións públicas. "Precísase que vexan a besta como unha rozadora natural, como un elemento fundamental da biodiver-sidade da Galiza", afirma Paulo Vicente Monteagudo, que empraza á limpeza do monte "para que a besta poida seguir vivindo en liberdade". Proxecto GOI Considerar a besta un factor indispensábel da biodiversidade é un dos eixos sobre os que pivota o Proxecto do Grupo Operativo de Innovación (GOI) formado pola Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, a Universidade da Coruña, 3edata e INGACAL, e que conta co cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. O proxecto pretende valorizar as bestas e o seu sistema tradicional de manexo, así como salientar o seu patrimonio biolóxico e cultural e a importancia dos servizos que prestan ao ecosistema, que é de vital importancia no control das matogueiras. É imprescindíbel, así, na prevención dos incendios forestais e na protección e conservación do hábitat. Entre as accións ao abeiro desta inciativa destaca o seguimento e a monitorización das greas mediante colares GPS que facilitan a localización e permiten describir o uso que fan da vexetación, así como detectar puntos conflitivos onde poderían cruzar estradas ou accederen a leiras. A través de drons tamén se consegue localizar as greas, sobre todo, nas zonas máis remotas. A próxima cita Aínda que as persoas propietarias dos cabalos acoden con frecuencia aos montes de Sabucedo, a próxima cita anual da Rapa das Bestas, unha das romarías máis antigas da Galiza, e declarada Festa de Interese Turístico Internacional, decorrerá este ano do 3 ao 6 de xullo. O seu foco de interese céntrase no curro, onde, alén de cortaren as crinas dos animais, ten lugar a desparasitación interna dos cabalos. Mais antes dos acurramentos, reviste unha grande importancia o ascenso ás zonas altas do Montouto, na mañá do sábado, para localizar e xuntar as greas, antes do mediodía, nas Lamas, ao pé do monte Cábado. Son milleiros as persoas que agardan a chegada dos cabalos a Sabucedo para ver como se dirixen a Cataroi, unha grande extensión valada, onde fican até seren desprazadas ao curro. Todo este proceso vívese como símbolo da propia existencia como pobo, que reafirma a súa identidade como colectivo.
PRAZA_10210
Roteiros percorrendo todos os barrios da cidade, xuntanzas co tecido asociativo, festivais musicais, un manifesto de apoio, vídeos e mesmo un robot marcaron as últimas horas dunha campaña que esta noite dá paso á xornada de reflexión
Na Coruña, Xulio Ferreiro dedicou o derradeiro día de campaña a un roteiro que percorreu todos os barrios da cidade e que o levou dende Os Rosais, A Agra, Os Mallos, Matogrande, O Castrillón, A Gaiteira, Catro Camiñas e o Ensanche e a Pescadería, antes de rematar en Monte Alto, onde a Marea Atlántica celebrou o peche de campaña. 15 días de actos nos que o alcalde e candidato á reelección sumou case 70 quilómetros de percorridos e actos públicos.En Compostela, fíxose público un manifesto de apoio á reelección de Martiño Noriega que, baixo o título de 'Martiño Noriega, un alcalde para a capital', destaca que "Compostela Aberta é a única garantía dun goberno de esquerdas, social e que loite por recuperar o ben común". "Martiño atreveuse en 2015 e conseguíu desaloxar a corrupción e a vergoña do Pazo de Raxoi. Agora, temos a oportunidade de consolidar esta nova etapa e non retroceder ao pasado", sinala o texto, apoiado por un gran número de representantes de distintos sectores, como Marilar Aleixandre, Monti Castiñeiras, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Lourenzo Fernandez Prieto, Alba Nogueira, Xabier Ron, Xesus Veiga ou Antón Santamarina.Eu Ourense, chamou a atención nos últimos momentos da campaña o robot presentado por Democracia Orensana que pide o voto para o seu candidato Gonzalo Pérez Jácome ao berro de "botar a Baltar da Deputación". O aparello foi instalado na Rúa do Paseo e a formación animou a toda a cidadanía a facer selfies con elEn Lugo a candidata á reelección pecha a campaña cun festival, o Vivamos Fest, que terá lugar no Barrio da Tinería a partir das 22 horas, comenzando pola actuación do cómico Anxo Manoel. Seguirá o grupo de gaitas 'Nubeiro', para pechar cunha intervención de Lara Méndez a partir das 23.30 horas. Xa a medianoite, a xornada de reflexión iniciarase coa música da Charanga Mekanika Rolling Band.En Pontevedra o alcalde e candidato á reelección, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) mantivo unha xuntanza con representantes do tecido asociativo da cidade e fixo un chamamento á mobilización, advertindo: "que ninguén se quede na casa porque hai un risco de volta atrás".En Ferrol os últimos días da campaña estiveron marcados por dous vídeos. O moi comentado e viral de José Manuel Rey Varela cun dos irmáns Nores e, igualmente, o difundido por Ferrol en Común no que o alcalde e candidato á reelección Jorge Suárez conversa no Teatro Jofre co concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea. Ambos os dous analizan o mandato, o desenvolvemento da campaña e as opcións das eleccións deste domingo.
NOS_42937
UUAA afirma que a industria está a ficar con diñeiro que lle dá a distribución a maiores para que o traslade ás explotacións.
Desde o pasado mes de decembro as cadeas de distribución aumentou os pagamentos ás industrias polas marcas brancas do leite, un aumento que estas, as industrias, terían que repercutir nos seus proveedores, as explotacións e gandeiros galegos. Foi unha medida que adoptou a distribución após as vagas de mobilizacións dos gandeiros, afogados polos baixos prezos. Unións Agrarias vén de denunciar que unha desas industrias, e non precisamente pequena, Lactalis, bloquea máis de 3 millóns de euros que lle corresponden aos gandeiros, cartos que proveñen deses pagamentos da distribución. UUAA xa trasladou os feitos á administración e agora sopesa posíbeis medidas e actuacións. Non desbota a vía xudicial nin pedir á distribución que presione Lactalis para que pague ás explotacións eses cartos. "3.000 gandeiros cobrando o leite por baixo dos 24 céntimos" "Temos arredor de 3.000 gandeiros cobrando o leite por baixo dos 24 céntimos, unha situación que se debe en parte ás penalizacións por volume que aplican as industrias", denuncian desde esta asociación, que considera que xa é hora de que as administracións actúen con contudencia.
PRAZA_20840
O alto tribunal establece que o persoal temporal de loita contra os incendios forestais tamén tiña dereito a pasar a segunda actividade por idade como os traballadores fixos, situación que o Goberno galego non mudou ata hai dous anos
O alto tribunal establece que o persoal temporal de loita contra os incendios forestais tamén tiña dereito a pasar a segunda actividade por idade como os traballadores fixos, situación que o Goberno galego non mudou ata hai dous anos"A penosidade e perigosidade da extinción de incendios con máis de 60 anos é a mesma con independencia de se o contrato de traballo é de duración indefinida ou temporal, polo que non debe excluírse o acceso a segunda actividade dos traballadores temporais e indefinidos non fixos". Así vén de ratificar o Tribunal Supremo que a Xunta discriminou durante anos a bombeiros forestais con contratos temporais ou indefinidos non fixos ao obrigalos a seguir en primeira liña da extinción de incendios a partir dos 60 anos en vez de permitirlles pasar a unha segunda actividade desligada do traballo directo fronte ao lume como permitía aos bombeiros con contratos fixos."A penosidade e perigosidade da extinción de incendios con máis de 60 anos é a mesma con independencia de se o contrato de traballo é indefinido ou temporal", di o SupremoFoi o sindicato CSIF quen presentou unha demanda pola discriminación dos bombeiros forestais con contratos temporais fronte aos traballadores fixos que foi acollida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) hai dous anos, en xaneiro de 2019, por considerar que tamén tiñan dereito a que se lles concedese a partir dos 60 anos o acceso á segunda actividade, entendida esta como "a realización de tarefas preventivas e/ou de apoio loxístico ao servizo [de loita contra o lume] sen que iso comporte unha vinculación directa ás labores de extinción de incendios".Neste tempo a Xunta acabou corrixindo e comezou a abrir procedementos para facilitar aos bombeiros forestais temporais que tamén puidesen acceder á segunda actividade, pero recorreu igualmente a sentenza do TSXG ante o Supremo, que agora a ratifica e desbota os argumentos do Goberno galego.O alto tribunal rexeita que igualar o acceso á segunda actividade desnaturalice o contrato temporal, como argumentaba a Xunta: "non pasan a ser traballadores fixos"No seu recurso a Xunta argumentou que permitir o acceso á segunda actividade dos traballadores temporais e indefinidos non fixos -contratados ano tras ano nos meses de maior actividade incendiaria e despedidos cando esta se reduce- "é imposible so pena de modificar os seus vínculos xurídicos, coa perda da xustificación de ditas contratacións", segundo recolle a sentenza do Supremo. Porén, o alto tribunal rexéitao e di que permitir que ese persoal maior de 60 anos pase a segunda actividade "non supón a desnaturalización da súa relación laboral: non pasan a ser traballadores fixos desa Administración" e engade que "o feito de que o traballador interino, por razón da súa idade, acceda á segunda actividade, nin desnaturaliza a súa relación laboral nin altera a súa duración. O seu contrato extinguirase pola reincorporación do titular ou a cobertura regulamentaria da praza. As mesmas consideración poden predicarse dos traballadores indefinidos non fixos".Pero máis alá da relación contractual, o Supremo pon o foco nas circunstancias en que se desenvolve o traballo dos bombeiros. "O acceso a segunda actividade é unha condición de traballo" e "trátase dunha cuestión que afecta á prevención de riscos laborais", di o tribunal. "A penosidade e perigosidade da extinción de incendios con máis de 60 anos é a mesma", sentenza.CSIF denuncia que agora o PP intenta limitar o alcance da resolución xudicial cunha emenda á lei de acompañamento da Xunta que restrinxiría o acceso á segunda actividade aos bombeiros forestais que teñan máis de 25 anos de servizoA sentenza do Tribunal Supremo ten data do 3 de decembro pero non foi feita pública e localizada por esta diario nin facilitada ao sindicato denunciante, CSIF, ata a pasada semana. Polo medio, o 21 de decembro o grupo parlamentario do PP presentou unha emenda á lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta para este ano pola que quere modificar a Lei de Emprego Público de Galicia e fixar nela as condicións de acceso á segunda actividade dos bombeiros forestais. O texto contempla que, ao igual que ocorría ata agora cos axentes medioambientais e os axentes forestais, os bombeiros forestais poderán pasar a segunda actividade a partir dos 60 anos se teñen "desempeñado 25 anos de servizo" na súa escala ou especialidade, algo que o CSIF considera que "restrinxe o acceso" á segunda actividade. Unha mudanza que o sindicato interpreta como un intento de limitar por outra vía o alcance das resolucións xudiciais.O sindicato critica que a modificación da Lei de Emprego Público a través da emenda do PP á lei de acompañamento dos orzamentos "non foi comunicada nin negociada" e que "andan ás agachadas e ocultando a letra pequena" dun proceso de funcionarización do persoal laboral ao que afectaría a modificación que irá "a cegas a un proceso cuxas consecuencias, como se pode ver, non están claras".
PRAZA_2998
A resolución da Federación de Asociacións de Periodistas de España responde á denuncia presentada por nove entidades LGTBI galegas en relación co texto 'Lo trans', publicado este verán. A FAPE tamén critica que o autor non mantén o "debido coidado" ao referirse a menores de idade
O pasado 3 de agosto La Voz de Galicia publicou o artigo 'Lo trans', asinado por José Francisco Sánchez (Director de la Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e Director de comunicación de la Corporación Voz de Galicia) no que o autor comeza dicindo que "deberíamos deixar de dicir que se pode cambiar de sexo" para rematar afirmando que "do tétrico dogma trans non se pode disentir: hai moito diñeiro en xogo", criticando ademais que os procesos de cambio de sexo se inicien en menores de idade. Para as denunciantes, o artigo constituía "un esforzo para manipular, terxiversar e distorsionar deliberadamente a realidade" e "un exercicio de denigración dxs menores trans"O texto foi criticado no seu momento por varias entidades LGTBI galegas que, ademais, presentaron unha queixa formal na FAPE (Federación de Asociacións de Periodistas de España), sinalando que o artigo constituía "non só un esforzo para manipular, terxiversar e distorsionar deliberadamente a realidade; senón que ofrece un exercicio indigno de denigración das entidades de dereitos humanos, especificamente dxs menores trans".A denuncia foi presentada por ALAS, Amizando, ARELAS (Asociación de familias de menores trans), Asociación agrocuir da Ulloa, Avante LGTB, Asociación GOTAS, Les Coruña, Nós Mesmas e Ultreia LGTBI, que sinalaban que o artigo constituía unha "flagrante vulneración do Código de Deontoloxía da profesión periodística". O Comité de Arbitraxe, Queixas e Deontoloxía da FAPE estudou a denuncia, emitindo unha resolución nos últimos días. A resolución indica que "varias das súas expresións e afirmacións" supoñen "un contido discriminatorio cara ás persoas aludidas no mesmo"A FAPE rexeita algúns dos motivos de crítica formulados polas entidades denunciantes, pero conclúe que tanto o autor como o propio xornal (pola falta da necesaria supervisión) incumpren varios puntos das recomendacións do Código Deontolóxico da entidade. A resolución indica que "varias das súas expresións e afirmacións" supoñen "un contido discriminatorio cara ás persoas aludidas no mesmo". Ademais, critica que "tratando contidos en que median elementos de dor e aflición, non se evitan as intromisións e especulacións gratuítas". E, finalmente, advirte de que "abordando asuntos que afectan á infancia e a mocidade, non mantén o debido coidado".A FAPE afirma que "as opinións son libres pero non libérrimas ata o punto de quedar eximidas de todo coidado e responsabilidade sobre o seu contidoEn concreto, o artigo tería incumprido o artigo I.4.e), que di que "se emprestará especial atención ao tratamento de asuntos que afecten á infancia e á mocidade". E tamén o I.7, que sinala que "o xornalista extremará o seu celo profesional no respecto aos dereitos dos máis débiles e os discriminados. Por iso, debe manter unha especial sensibilidade nos casos de informacións ou opinións de contido eventualmente discriminatorio".A entidade responde, no entanto, que non cabe crítica por incumprir "a debida separación entre información e opinión", por tratarse dun artigo de opinión "debidamente rubricado como tal". Por este mesmo motivo non se aplica a "esixencia de verdade" ás informacións publicadas. Porén, tamén indica que "as opinións son libres pero non libérrimas ata o punto de quedar eximidas de todo coidado e responsabilidade sobre o seu contido, particularmente se son publicadas nun xornal".As asociacións denunciantes celebraron este venres a resolución da FAPE, afirmando que "só a través dunha actitude de tolerancia cero fronte a textos como este, se poderá salvagardar, para a totalidade da cidadanía, a boa imaxe da profesión xornalística".
NOS_35189
Dolors Sabater recibiu os apoios de Guanyem, ERC, Comúns e JxCat mais o PSC votou ao seu propio candidato.
Xavier García Albiol, o líder do PP catalán a quen en febreiro de 2018 o Consello de Europa poñía como exemplo de de político xenófobo e racista, volve á alcaldía de Badalona, a cuarta cidade en poboación de Catalunya, con 216.000 habitantes. Albiol recuperou o bastón de mando de Badalona grazas non tanto a que o PP fora a formación máis votada en maio de 2019 ( 11 edís) senón a que o acordo entre as forzas progresistas (16 concelleiras) para elixir outra persoa como alcalde fracasou. Dolors Sabater, a candidata de Guanyem, logrou 10 votos (os da súa formación, ERC, JxCat e Podem) mentres que o PSC votou polo seu candidato, Rubén Guijarro, que obtivo 6 apoios. A pesar dos intentos de última hora, PSC e Guanyem non chegaron a un acordo sobre como distribuír a alcaldía de Badalona no que ficaba de lexislatura. Despois dun pleno moi tenso, incerto até o último minuto e con fortes reproches entre as forzas da oposición, Albiol, gañou. ERC e Comúns, embora votar por Sabater, realizaron duras críticas contra ela, reprochándolle en grande medida o fracaso do acordo para evitar que Albiol triunfase. Comúns mesmo solicitou que dimitise. Porén, desde sectores do independentismo cargouse con dureza contra o PSC, ao que sinalan como principal responsábel do acontecido hoxe en Badalona. "Cando despois das eleccións o PSC (con menos votos que Sabater) dixo "ou nós ou Albiol", Sabater votou o candidato socialista. Agora, cando Sabater (a máis votada da esquerda) dixo "ou eu ou Albiol, o PSC deciduse por Albiol", escribía o editor Eduard Voltas. A escolla de Albiol pon fin á telenovela que se abriu na cidade o 22 de abril, cando o ex alcalde Àlex Pastor (PSC) dimitiu após ser arrestado por conducir bébedo e enfrontarse á policía en pleno confinamento .
NOS_50364
O lume afectou 3,5 hectáreas de árbores e 1,5 de monte raso.
O incendio forestal declarado na tarde desta terza feira en Viana do Bolo quedou extinguido na noite desa mesma xornada após queimar cinco hectáreas de superficie. Segundo datos facilitados pola Consellaría do Medio Rural, este lume foi totalmente extinguido contra as 21.30 horas da terza, após declararse ás 17.18 horas da mesma xornada na parroquia de Pexeiros. Logo de quedar estabilizado este incendio forestal ás 19.42 horas da terza feira, dúas horas despois deuse por extinguido tras queimar ao seu paso 3,5 hectáreas arboradas e 1,5 de monte raso, concretou Medio Rural. #Brif Laza trabajando en incendio de Pradocabalos, Viana Do Bolo. pic.twitter.com/Lt2rSOgeNA— Diario de un Bombero (@BrifLaza) July 5, 2022 Para os labores de extinción deste lume foron mobilizados tres axentes, sete brigadas, catro motobombas, catro helicópteros e dous avións, indicaron as mesmas fontes. Lume estabilizado en Verín Por outra parte, un raio provocou tamén nesta terza feira un incendio en Verín, na parroquia de Feces de Cima. O lume, segundo confirmaron desde Medio Rural, iniciouse ás 20.07 horas, nunha xornada na que había aviso de tormentas nesa zona. Para apagar o incendio, que afectou como mínimo 600 metros cadrados de superficie arborada, acudiron un axente, unha brigada e unha motobomba.
NOS_11369
O coronavirus non dá tregua aos centros de maiores. Mentres a Xunta da Galiza pon en marcha, con atraso, as primeiras medidas, familiares de residentes quéixanse da conivencia do Executivo galego coa patronal dos xeriátricos privados. As expertas, pola súa banda, alertan de que o peor está por vir.
A Xunta da Galiza coñece de vello as deficiencias da rede de centros de maiores. Ao longo destes últimos anos, asociacións de familiares de residentes, organizacións sindicais e forzas políticas téñense dirixido á Consellaría de Política Social para facer chegar as súas queixas sobre o funcionamento destas dotacións. Aínda en novembro do pasado ano, nunha comparecencia no Parlamento a petición do BNG, a conselleira Fabiola García defendía o actual modelo asistencial de atención á terceira idade e negaba as críticas da oposición sobre a falla de medios materiais e humanos nos centros. A conivencia do Goberno galego coa patronal privada das residencias é evidente, segundo denuncian familiares de usuarias. O xornalista Paulino Vázquez, presidente da Federación de Usuarios e Familiares das Residencias (REDE), sinala a Nós Diario que "durante estes dous últimos remitimos ducias de denuncias á Consellaría de Política Social sobre a situación nos centros de DomusVi é ningunha delas foi aceptada. O Goberno galego, en todos estes procedementos, non fixo ningunha investigación, mesmo diante de feitos moi graves e limitouse a contestar coa resposta da empresa". "A Xunta da Galiza tenta encubrir a súa propia responsabilidade e a da patronal das empresas de servizos xeriátricos na xestión da crise do coronavirus", sinala Xoán Carlos Ansía "A Xunta da Galiza non atende as queixas formuladas polas familias das residentes e mira para outro lado diante as denuncias", afirma a Nós Diario, Francisco Vizoso, médico e un dos portavoces da Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentes. "A conivencia da Xunta de Galiza coa patronal das residencias privada é evidente", continúa Vizoso, moi critico co sistema galego de atención ás persoas maiores. Denuncia que as residencias públicas "están sendo convertidas nunha especie de gueto dirixido aos sectores máis empobrecidos da sociedade, unha sorte de beneficencia, como os antigos asilos de anciáns". Alén da xestión da crise do coronavirus O delegado sindical da CIG no comité de empresa de Política Social da Coruña e traballador nunha residencia compostelá, Xoán Carlos Rodríguez Ansía, considera que "a Xunta da Galiza tenta encubrir a súa propia responsabilidade e a da patronal das empresas de servizos xeriátricos na xestión da crise do coronavirus". Ansía, en declaracións a Nós Diario, pon de manifesto "o perverso modelo de funcionamento das residencias e o saqueo dos servizos públicos en beneficio das entidades privadas, en mans de fondos de investimento que actúan movidos polo lucro". Os beneficios das residencias privadas son moi elevados. Os números declarados polos grandes operadores non sorprenden tendo en conta as axudas públicas polo réxime dos concertos e as tarifas pagadas polas usuarias. Segundo Francisco Vizoso, "na cidade de Vigo os prezos oscilan entre os 1.950 e os 2.312 euros da residencia DomusVi-O Barreiro, os 2.387 e os 4.358 euros da residencia de Sanitas e os 1.950 e os 3.100 euros de Ballesol". A Xunta olla para outro lado O Goberno galego non exerce a súa función de tutela das condicións de vida das residentes dos centros da terceira idade. Segundo información achegada a Nós Diario, os propios membros dos servizos de inspección da Consellaría de Política Social quéixanse advirten de que actas levantadas nalgunhas residencias polo seu funcionamento irregular son arquivadas, atendendo ás indicacións das responsábeis políticas. As asociacións de familiares de residentes tamén denuncian a falla de rigor no labor de inspección da Administración galega e vincúlana ás relacións entre a patronal das residencias privadas e o Executivo de Alberto Núñez Feixoo. As residencias públicas están sendo convertidas nunha especie de gueto dirixido aos sectores mais empobrecidos da sociedade", declara Francisco Vizoso "A inspección que debe garantir o funcionamento correcto dos centros e o cumprimento dos protocolos estabelecidos pasa do tema", di Paulino Vázquez, quen lamenta a falla de vontade política e a "ausencia dunha lei de residencias, tal é como demandamos desde a Federación REDE". A este respecto, lembra que durante todos estes anos de loita "o Instituto Galego de Consumo é o único organismo público que nos dá a razón nunha denuncia nosa, concretamente pola negativa do DomusVi do Barreiro a deixarnos facer uso do libro de reclamacións". Francisco Vizoso ten a mesma consideración sobre o labor de inspección da Xunta da Galiza. "A inspección pasa de todo. As familiares das residentes levan todos estes anos presentando queixas e denuncias sobre a situación dos centros e dos incumprimentos das condicións por parte da dirección das residencias. Porén, a administración mira para outro lado. O nivel de complicidade do Goberno galego e da patronal das residencias privadas chega até o punto de que esta é advertida con anterioridade da visita da Inspección para evitar a sanción e, unha vez superada a mesma, o problema continúa sen resolver", revela. Vizoso ve a man da patronal das residencias privadas tras a decisión do Goberno galego de pór en marcha os centros integrados para usuarias afectadas por coronavirus. "Esta alternativa non permite atender correctamente o paciente por falla de medios materiais e humanos pero, a maiores, non é eficaz no combate contra a epidemia. Pódese trasladar unha doente pero quedan o resto infestadas, cuxos síntomas van manifestarse nos días seguintes. Até o de agora son relativamente poucos casos porque lle fixeron tests a moi pouca xente pero cando se fagan masivamente, a cousa vaise desbordar", conclúe Vizoso. 21 mil residentes, á espera da proba O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, anunciou onte tests masivos nos centros de maiores da Galiza para determinar o número de persoas afectadas por coronavirus. A medida, anunciada após confirmarse o contaxio de 346 usuarias e 111 traballadoras, responde á "decisión de darlle prioridade aos tests de diagnóstico nas residencias da terceira idade da Galiza". Nesta liña, a Xunta fixo público un protocolo de servizos asistenciais en residencias, onde recolle medidas que xa viña aplicando nos últimos días. Antón Gómez-Reino, candidato á presidencia da Xunta por Galiza en Común, denuncia a "perversidade" do sistema deseñado polo Goberno de Feixoo para a atención das persoas maiores, que supón "desmontar un modelo de coidados para implantar un modelo de negocio". Di que supón un risco para a saúde dos usuarios. Gómez-Reino esixiu no día de onte a comparecencia da conselleira de Política Social ante a Deputación Permanente do Parlamento para que explique a situación das residencias, unha solicitude que tamén formulou o BNG, a través da súa portavoz, Ana Pontón. "Temos unha situación dramática de alarma social nas residencias e por iso é urxente esa comparecencia", sinalou Pontón, quen considera necesario "reforzar a atención sanitaria, a realización de test masivos e o envío de material de protección". Todo, engadiu, co obxectivo de anticiparse á extensión do virus. "Estamos vendo casos de contaxio masivo nas residencias sen que o Goberno achegue medidas eficaces ante unha situación que era previsíbel", salientou.
PRAZA_2818
Os inquéritos indican que os de Feijóo perderían entre 3 e 6 escanos e auguran unha disputa pola segunda posición entre o PSdeG e En Marea
Fin dos datos. Ás cero horas deste martes entrará en vigor a censura aos datos de enquisas que establece a lei orgánica do réxime electoral xeral para os cinco días previos ás eleccións. Deste xeito, e alén de que El Periòdic d'Andorra vaia retratar de novo a obsolescencia da normativa española ao seguir publicando en internet datos de intención de voto ata a xornada de reflexión, o certo é que a difusión masiva de inquéritos remata este luns. O retrato que debuxan os derradeiros inquéritos amosa un PP en cabeza pero que sofre unha notabilísima caída mentres se axustan as posicións no segundo e terceiro posto. No caso galego todos os inquéritos coinciden, malia á disparidade de cifras, en augurar unha histórica caída dos populares. Catro anos despois de facerse folgadamente con máis da metade dos sufraxios do electorado galego as enquisas anticipan unha caída duns 15 puntos dos de Alberto Núñez Feijóo, o que suporía que achegarían ao grupo parlamentario de Mariano Rajoy entre 3 e 6 escanos menos que hai catro nos, cando lograron 15 dos 23 que se elixen en Galicia. O escenario menos malo para os conservadores galegos é o que bosquexa o inquérito de GAD 3 para ABC, que lle asigna ao partido 11 escanos e o sitúa ao bordo do duodécimo, limiar marcado pola dirección conservadora porque suporía o mantemento da maioría absoluta da representación galega. Os inquéritos indican que os de Feijóo perderían entre 3 e 6 escanos e auguran unha disputa pola segunda posición entre o PSdeG e En Marea O peor prognóstico para os intereses da formación da gaivota é o de Sigma Dos para El Mundo, que vai un chisco alén do CIS e dálle ao PP 9 escanos por Galicia, o que suporía o peor resultado da formación dende que existe coas súas actuais siglas nunhas eleccións xerais en Galicia. NC Report para La Razón, pola súa banda, indica que os de Feijóo caerán 5 escanos, ficando en 10. Sondaxe para La Voz de Galicia sobe o prognóstico ata os 11 e a enquisa de Infortécnica para La Región dálle unha franxa de entre 10 e 12. Como no conxunto do Estado as enquisas tamén anticipan un escenario novidoso para Galicia no resto de posicións, incluíndo unha disputa polo segundo posto entre o PSdeG, aos que os diversos estudos lle dan entre os 6 escanos actuais e unha baixada ata 4, e En Marea, que emerxería con entre 5 e 6 escanos, o que suporía rachar co reparto a dous que tradicionalmente se vén producindo nas circunscricións do interior. Todas estas enquisas coinciden, ademais, en outorgarlle dous deputados polas circunscricións galegas a Ciudadanos -o que suporía a entrada no Congreso do cabeza de lista pola Coruña, que se nega a asistir a debates e a responder preguntas- e a deixar fóra do reparto a NÓS-Candidatura Galega malia superar o limiar do 3%, mínimo fixado pola lei para optar a escanos. O panorama xeral que anticipan todas estas enquisas é o dun Congreso dos Deputados moito máis plural no que o PP seguiría sendo o grupo máis numeroso, pero tras un abrupto devalo que deixaría a Rajoy cuns 60 escanos menos tras caer preto de 20 puntos a respecto dos comicios de 2011. Os inquéritos manteñen o PSOE en segunda posición, pero seguido de cerca por Ciudadanos e Podemos. Metroscopia indica agora que Rajoy podería perder ata 80 escanos e o PSOE estaría a só 4 puntos dos populares Neste sentido, a principal novidade da derradeira xeira de enquisas é a que este luns chega dende Metroscopia para o xornal El País. Tras meses amplificando as posibilidades electorais do partido de Albert Rivera o diario de PRISA indica desta volta que o PP chegaría ao novo Congreso co 25% dos votos e uns 109 escanos, case 80 menos que hai catro anos, e que o PSOE o seguiría só 4 puntos por tras. Podemos, segundo este inquérito, tería iniciado unha remonta que lle daría o terceiro posto e a cuarta posición sería para Ciudadanos.
NOS_19120
Mar é islandesa e mar quere peixe. Non quere xoguetes, non quere roupa, quere peixe. Por algo naceu e vive nun país pesqueiro. A súa historia protagoniza o conto infantil ilustrado Quero peixe!, de Áslaug Jónsdóttir, orixinal de 2007 e agora publicado pola editorial Alvarellos en galego.
"A historia reflicte a frustración dunha nena cuxos pais non chegan a entender o que ela pide", explica a nota editorial. Quero peixe! é, canda Había unha vez un neno, do australiano Dub Leffler, unha das novidades da colección Verdemar dedicada aos álbums ilustrados para crianzas. "Unha historia conmovedora e universal sobre a amizade", resume Alvarellos o volume de Leffler, quen explica o seu traballo así: "Escribín Había unha vez un neno para amosarlle a quen o lea que os nenos tamén teñen sentimentos -igual que as nenas- e que outras persoas tamén nos poden facer dano, e non pasa nada, sobre todo cando deixas que as amizades che boten unha man cando te sentes tristes". A última fornada de Verdemar complétaa A miña familia. 3+1=7, con texto da quebequesa Isha Bottin e ilustracións do belga Gaspard Talmasse. "Inspirado nunha historia real, este libro recolle as pequenas dificultades e grandes ledicias dunha familia un chisco diferente ás demais", di a editora.
NOS_19756
A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública non cede na súa presión e convoca unha nova manifestación, que chama a apoiar de forma masiva, para este sábado ás 12 horas en Compostela.
A comunidade universitaria continúa na loita contra a privatización do sistema que ve representada na intención da Xunta da Galiza de permitir que Abanca cree a súa propia institución académica, após da que xa existe unha segunda solicitude de Cesuga. Ante o rexeitamento do grupo do Partido Popular no Parlamento a escoitar a opinión dos tres reitores das universidades públicas -e doutras persoas vinculadas á institución académica, dunha ou doutra maneira-, a Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública programou unha nova saída de protesta para este sábado ás 12 horas. Organizacións de estudantes e tamén sindicatos como a CIG (entre outros colectivos que integran o colectivo) invitan a cidadanía a participar de forma masiva nesta concentración de rexeitamento ao cambio de modelo cara o pagamento extra -máis aló dos impostos- da educación superior que comezará na Alameda de Compostela. Ademais, inciden en que seguirán coa "campaña de mobilizacións en contra do proxecto de universidade privada que, auspiciada por Abanca e promovida polo goberno do PP na Xunta da Galiza, pretende implantar un modelo de ensino superior privado no noso país". Por exemplo, a central sindical amosou unha postura moi crítica con "este intento do PP de privatizar" a institución académica convertendo o ensino superior "nun suculento negocio para que entidades financeiras como a de Escotet se lucren co mercadeo das titulacións universitarias". "Unha licenza universitaria que lle vai dar a posibilidade de enriquecerse e de segregar a parte do alumnado da universidade pública, nomeadamente a aquel que teña máis recursos ou o que, como no modelo estadounidense, se endebede de por vida", sostén a representación laboral. Considera que isto vai ir en detrimento da pública en varios sentidos: desde a financiación até a perda do alumnado e a fuga do investimento privado pola posíbel desaparición dalgúns títulos da oferta. Neste contexto, pide o apoio de toda Galiza para seguir mantendo sen competencia os sete campus do país.
NOS_4635
Máis de 100 anos despois de que se editase no Estado español o primeiro álbum de cromos de fútbol (masculino, por suposto), Panini lanza a primeira colección na historia protagonizada por unha liga deportiva feminina, a Liga Guerreiras Iberdrola, na que militan as escuadras galegas Atlético Guardés e Balonmán Porriño.
Cantas veces diríamos na nosa infancia os que peiteamos algunha cana -ou un feixe delas, pois o coleccionismo de cromos é máis vello que andar a pé- aquilo de 'sipi' e 'nopi' mentres abríamos algún sobre ou revisabamos as coleccións dos nosos colegas en busca daquel futbolista que nos faltaba, ese Faizulin, ese Bestchasnik ou ese celeste Andoni Lakabeg que tanto se nos resistían. E escribo en masculino porque na inmensa maioría dos casos eramos homes os coleccionistas, evidenciando que se trataba dunha actividade evidentemente masculinizada onde a presenza de mulleres era moi excepcional, tal vez por non sentirse identificadas ante a ausencia de referentes femininos, propios, algo que co tempo tornou nunha das reivindicacións do 8 de Marzo. Precisamente co gallo da celebración do Día da Muller saíu do prelo un produto que, a pesar de estarmos inmersos no ano 2021, ten carácter pioneiro no seu ámbito: a primeira colección de cromos dunha liga deportiva feminina do Estado español en toda a historia. O álbum, editado por Panini -a maior empresa mundial do ramo- en colaboración coa Real Federación Española de Balonmán (RFEB), recolle en 296 cromos as caras de todas as xogadoras que integran os 16 equipos que conforman a Liga Guerreiras Iberdrola, a máxima categoría do balonmán a nivel estatal e na que militan dous galegos: Club Balonmán Atlético Guardés e Conservas Orbe Rubensa Balonmán Porriño. Un álbum dixital a través dunha aplicación móbil Deste modo, as rapazas -e rapaces- galegos terán a oportunidade de facerse coas estampas das porriñesas Érica Tavares, Mónica Oliveira, Sandra Fernández ou Carme Castro, así como das guardesas África Sempere, Marisol Carratú, Paula Arcos ou Sarah Valero, entre moitas outras estrelas. Non obstante, e en contraste co que aínda acontece coas coleccións da Liga de Fútbol Profesional (LFP), da World Wrestling Entertainment (WWE) ou das Bólas de Dragón, entre outras, o álbum da Liga Guerreras Iberdrola non verá a luz en papel, senón a través da aplicación MyPanini Digital Collection, que está dispoñíbel para a súa descarga en iOs e en Android. A subscrición á mesma é de balde, e unha vez dentro recíbese automaticamente un sobre benvida con seis cromos, obtendo un novo cada 16 horas. Ademais, existe a posibilidade de mercar cromos extra a través dun sistema de pago integrado na plataforma e de "beneficiarse dos códigos promocionais que ao longo das vindeiras semanas farán públicos os distintos equipos da competición a través das súas redes sociais", segundo informou a RFEB. De todos os modos, a app de Panini conta cunha funcionalidade que permite o intercambio dixital de cromos entre as coleccionistas e, por outra banda, as persoas que consigan completar 70% ou máis desta colección da Liga Guerreiras Iberdrola de balonmán terán a oportunidade de solicitar a través da propia plataforma unha copia do seu álbum en formato físico.
PRAZA_18017
A modificación da Lei de Memoria Histórica apróbase con 172 votos a favor e a abstención de PP e Ciudadanos. En Marea amosa a súa "indignación" por unha mudanza "insuficiente" ao obviarse no texto "o patrimonio roubado polo franquismo" e casos como o do Pazo de Meirás.
O Congreso aprobou este xoves o decreto lei para modificar a Lei de Memoria Histórica e exhumar os restos de Franco do Valle de los Caídos con 172 votos a favor, 164 abstencións e 2 votos negativos e, malia o apoio, duras críticas de En Marea, que amosou a súa "clara instatisfacción" por un só artigo "insuficiente" e que non inclúe ningunha referencia ao Pazo de Meirás, que si podería incluírse no trámite parlamentario. Dous deputados do PP --Jesús Posada e José Ignacio Llorens-- desligáronse do resto do grupo e votaron en contra. Fontes do grupo parlamentario din que se tratou dun "erro". O Congreso aprobou o decreto lei para modificar a Lei de Memoria Histórica e exhumar os restos de Franco con 172 votos a favor, 164 abstencións e 2 votos negativos A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, defendeu no debate ante o Congreso a convalidación do decreto lei porque "non haberá concordia sen resolución democrática do que foi inxusto durante 40 anos". "Levamos moito atraso para normalizar unha situación que ningunha democracia madura e longa no tempo como a nosa requiriría para non ter unha anomalía extraordinaria que consiste en ter o ditador nun mausoleo de Estado e nun lugar no que pode ser exaltado", dixo a vicepresidenta do Goberno na súa primeira intervención do debate. "Non haberá concordia sen resolución democrática do que foi inxusto durante 40 anos", dixo Carmen Calvo Calvo argumentou que a exhumación debe realizarse por "razóns éticas desde os valores democráticos" e o atraso desde a aprobación da Lei de Memoria Histórica "é insustentable": "Querémolo facer coas garantías propias dun Estado de Dereito, que dan as garantías aos afectados, o respecto aos restos mortais que se han de trasladar pero sobre todo o respecto ás vítimas e particularmente aos milleiros de vítimas que temos aínda sen identificar en fosas comúns cun agravio rotundo ás súas familias". Por iso, pediu sacar a España "desta vergoña". "Non hai respecto, non hai honra, non pode haber concordia mentres que os restos de Franco estean no mesmo lugar que os das vítimas", rematou. O real decreto-lei, ademais dunha nova disposición adicional, engade un único apartado no artigo 16 que di que "no Valle de los Caídos só poderán xacer os restos mortais de persoas fallecidas a consecuencia da Guerra Civil española, como lugar de conmemoración, recordo e homenaxe ás vítimas da contenda". En Marea amosou a súa "clara insatisfacción" por un decreto lei "insuficiente" e "dolorosamente inexacto" Antón Gómez-Reino, portavoz de En Marea, amosou a "clara insatisfacción" da formación cun real decreto "dun só artigo" que lles parece "insuficiente" e "dolorasamente inexacto". "Non houbo contenda senón un golpe de estado antesala dunha brutal represión e de 40 anos de ditadura", dixo na súa intervención na que pediu ao Goberno central "non caer na mentira dos dous bandos" porque "ningún Estado democrático pode igualar os asasinos coas vítimas". Para o parlamentario galego, o PSOE "non ten moita credibilidade" en memoria histórica, pero cargou con máis dureza contra Ciudadanos por "aliarse co fascismo que non é pasado e volve percorrer Europa" e contra o PP e o seu líder, Pablo Casado, que "flirtea" tamén con el. "Non nos veñan con falsa concordia negacionista", dixo. Gómez-Reino advertiu da "indignación" que "galegos e galegas" senten por obviarse no decreto lei "o patrimonio roubado polo franquismo", como o Pazo de Meirás Ademais, Gómez-Reino advertiu da "indignación" que "galegos e galegas" senten por obviarse nesta modificación lexislativa "o patrimonio roubado polo franquismo", como por exemplo "o Pazo de Meirás". "Como pode ser que os privilexios da ditadura e da familia do ditador continúen en democracia? Como pode ser que a familia do ditador siga gozando do que é de todos os galegos e galegas?", preguntouse quen aclarou qeu "Franco, ademais dun ditador, golpista e asasino, era un ladrón". "O Goberno equivocou o instrumento elixido" En canto ao resto de formacións, Ana Oramas, portavoz de Coalición Canaria, criticou as "prioridades" en materia de memoria histórica do Executivo socialista: "Aínda queda xente en cunetas e non estamos a priorizar iso. Netos ou fillos que aínda viven poden recuperar a seus pais". Pola súa banda, Isidro Martínez (Foro) dixo á vicepresidenta, Carmen Calvo, que non conte co seu aval "para esta escalada de dislates que espero que pronto a sufoquen unhas eleccións xerais que leven por diante os responsables". Desde UPN, Salvador Armendariz lamentou que o Executivo utilizase a fórmula do decreto lei para realizar a exhumación: "O Goberno perdeu moitas razóns que tivese ao equivocar o instrumento normativo elixido. Non foi urxente en 23 anos de gobernos socialistas menos vai ser en 43 anos de democracia. Con só ler o decreto desmóntanse os argumentos". O deputado de ERC, Joan Tardá, comezou a súa intervención remarcando a súa "confianza" na vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo. Iso si, lembrou que a súa antecesora no cargo, María Teresa Fernández de la Vega, asegurou nun acto en 2004 que o Goberno anularía "a sentenza de Lluís Companys e de todos os demócratas caídos baixo a barbarie da ditadura". "No ano 2018 estamos igual, temos o pasado que temos", lamentou. "Esperamos moito do seu compromiso", apelou a Calvo, a quen lembrou que se comprometeu a que durante o trámite parlamentario procederían "a traballar para conseguir a anulación das sentenzas dos tribunais franquistas". Aquí lembrou que o Parlament de Catalunya xa fixo o propio por unanimidade, "cos votos a favor de PP e Ciudadanos". Así, explicou cales son os "obxectivos" de ERC nun decálogo, no que destacan propostas como o recoñecemento xurídico das vítimas ou a asunción de responsabilidade de Estado para levar a cabo as políticas de exhumación de fosas ou un estudo sobre a violencia política durante a Transición. "A cortina de fume de Franco non tapa a súa incapacidade" José Manuel Villegas tomou a palabra por parte de Ciudadanos para xustificar a súa abstención argumentando que se trata dunha solución "insuficiente" cun instrumento "inadecuado" porque desenterrar o cadáver de Franco "non é prioritario nin urxente para a maioría dos españois". "Quen ten unha necesidade urxente é Pedro Sánchez. Ten a necesidade urxente de lanzar unha cortina de fume que tape as vergoñas do seu goberno". O dirixente de Ciudadanos dirixiuse directamente ao presidente do Goberno: "Señor Sánchez, voulle dar unha mala noticia: a cortina de fume do cadáver de franco non dá para tapar a súa incapacidade, a súa debilidade e a súa incompetencia". Unidos Podemos avisa ao Goberno de que o voto a favor "non é un cheque en branco" "Xa era hora", foron as palabras da intervención de Eva García Sempere, parlamentaria de Unidos Podemos, que celebrou a aprobación do decreto, pero apuntou que o voto a favor do seu grupo parlamentario "non é un cheque branco". Ademais, relacionou algúns dos aspectos que "faltan" no texto sometido a votación. "Debería deixar claro que o Valle si se toca, se desacraliza e se resignifica", resolveu. Adriana Lastra foi a encargada de responder a todos os grupos parlamentarios. A dirixente socialista reprochou ás formacións contrarias que se amparen no decreto lei "como escusa" e, dirixíndose a Ciudadanos --que se absterivo--, pediulles que non se absteñan da democracia". A Pablo Casado, líder do PP, preguntoulle se considera que a xente da súa xeración é contraria á exhumación: "Vostede pensa que a xente da nosa xeración non está de acordo con esta posición? Vostedes pensan que non se pode falar disto pola concordia? Non nos falen de concordia coa ditadura ou co fascismo. Entre españois, si". PP: "Non os imos a acompañar nesta aventura" Jorge Fernández Díaz foi o encargado de tomar a palabra por parte do PP. "A forma non é un trámite que hai que cumprir, é unha garantía de democracia", dixo sobre os reais decretos aprobados nos primeiros meses. Tamén criticou que outros gobernos socialistas non tomasen estas medidas antes. "Rectificar permanentemente é de ignorantes", dixo ao Goberno sobre as variacións na súa postura sobre o Valle de los Caídos. "Dáme vergoña que en España se fale dunha Comisión da Verdade", asegurou Fernández Díaz (PP) "Dáme vergoña que en España se fale dunha Comisión da Verdade", apelou Fernández Díaz, argumentando que "a bibliografía sobre a Guerra Civil é unha das maiores que hai en relación con calquera feito histórico na historia da Humanidade". "A dificultade que tiveron para dicir que se van abster e que finalmente non van dicirlle aos españois e españolas que un ditador non pode estar enaltecido. Que dificultade máis grande tiveron algúns, mesmo cambiando de posición. E conclúo: como non pode ser doutra maneira, co meu agradecemento a quen nos vai acompañar, e co meu respecto aos que non o van a facer", rematou Carmen Calvo ao analizar as diferentes posicións no debate.
PRAZA_20731
"Chegaron a reimprimir billetes que xa foran vendidos na web e a duplicar números de DNI", din fontes consultadas por Praza.gal. A Consellería de Medio Ambiente asume agora a posibilidade de que as navieiras falsificasen pasaxes e di non desbotar acudir á Fiscalía HEMEROTECA | Masificación nas Cíes: "Hai días nos que a illa parece unha feira"
"Chegaron a reimprimir billetes que xa foran vendidos na web e a duplicar números de DNI". Quen fala é unha persoa con máis dunha década de experiencia a traballar nas Illas Cíes e que, en conversa con Praza.gal, ofrece en primeira persoa o testemuño do crecemento exponencial do turismo á área máis visitada do Parque Nacional das Illas Atlánticas, pero tamén do escaso rigor co que ata a pasada fin de semana foron abordados os reiterados quebrantamentos do límite diario de 2.200 visitantes sumados a 800 campistas. A Xunta e agora tamén unha das navieiras implicadas admiten a masificación e o conflito derivado, acrecentado polas sospeitas de venda de billetes irregulares. O transporte ás Cíes é prestado dende a liberalización do servizo por varias navieiras pero a venda de billetes centralízase, en última instancia, nun único sistema informático. Unha central de reservas da Xunta que informa de se foi acadado ou non o límite diario, en cuxo caso xa non é posible emitir máis billetes válidos, plenamente legais. Deste xeito, explican as fontes consultadas por este diario, para expedir pasaxes por riba do límite cómpre incorrer en irregularidades como as devanditas reimpresións para, por exemplo, vender nas xanelas das estacións máritimas de Vigo, Cangas e Baiona billetes que xa foran mercados en internet. "Chegaron a reimprimir billetes que xa foran vendidos na web e a duplicar números de DNI", din fontes consultadas por Praza.gal Así e todo, a comprobación do número de pasaxeiros embarcados non se produce en orixe, senón en destino. Os gardas do parque "contabilizan cun contador" nos embarcadoiros canta xente está a chegar e "cando detectan que se sobrepasa, notifícano a Parques Nacionais" e, daquela, tamén á Xunta, sinala a mesma testemuña. "Isto pasa moitas veces durante o verán" e destes avisos derivaron expedientes e sancións que non impediron que as navieiras teimasen na mesma conduta. Na práctica todos os billetes, regulares ou non, daban acceso ás illas. "O outro día -en referencia ao pasado domingo, 20 de agosto- foi a primeira vez que se dixo 'aquí non entra ninguén máis" Por que agora? Mato e Rey Varela, este 22 de agosto en Sálvora / Xunta Neste contexto, entre o persoal do parque e tamén no Concello de Vigo xorde unha pregunta: por que a "contundencia" dos últimos días non foi posta en práctica ata agora por parte da Xunta? "Este ano Parques ve que hai moita xente que se queixa de masificación", explican as fontes consultadas, "foi moito máis descarado" que en anos anteriores. As queixas, confirman a Praza.gal dende a illa, mesmo chegaron tamén ao único camping de Cíes, onde o sistema de control é diferente e o número de persoas acampadas é, alén da xestión informática, "recontado e asinado cada día" por responsables do Parque. Beatriz Mato asume agora a posibilidade de que as navieiras falsificasen pasaxes e di non desbotar acudir á Fiscalía Mentres, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, asume a posibilidade de que parte das visitas estivesen a chegar grazas á venda iregular de billetes sen "o cuño" oficial, indicou durante este martes durante unha visita a Sálvora, que tamén forma parte do parque e onde a propia conselleira se gabou dun incremento do 56% das visitas ata o pasado xullo. O Goberno, asegura Mato, mesmo valora agora a posibilidade de elevar á Fiscalía as eventuais falsificacións de billetes e faino mentres ultima sancións "exemplarizantes" ás navieiras denunciadas. Unha das navieiras admite xa a sobrevenda e outra limítase a pedir que se reserven biletes "con tempo" Precisamente unha destas empresas, Piratas de Nabia, daba este martes en atender os medios de comunicación na estación marítima viguesa a través da súa voceira, Luisa Leyenda, que admitiu a sobrevenda e a presentou como unha práctica habitual dos últimos anos que non pode "negar". Polo momento, explicou, esta compañía decidiu suspender as viaxes a Cíes mentres reclama "información" da Consellería "a ver se nos din xa: esta é a sanción; orde, información", pediu. Outra das navieiras, Mar de Ons, optou por difundir un comunicado no que presenta as Cíes como "parada obrigatoria do turismo galego", nega a "masificación" e anima a "reservar os billetes con tempo porque, sen dúbida, paga a pena". "Non fixeron nada durante anos" Caballero acusa a Xunta de "danar os cidadáns e que foron enganados polas empresas" e "desentenderse do problema" ata agora Entre o persoal dos servizos da illa obsérvase vontade de dar "un golpe de efecto" por parte da Xunta e o goberno local de Vigo secunda tamén a tese. "Atrévome a dicir que durante anos non fixeron nada, amosando unha absoluta incapacidade e desentendéndose do problema", acusou este martes o alcalde vigués, Abel Caballero, dende cuxo punto de vista a Administración galega contribuíu a "danar os cidadáns que foron enganados polas empresas" ata "xerar un caos total" e prexudicar a "imaxe" do arquipélago. O Goberno galego, advirte Caballero, debe ser o encargado de garantir que "se cumpra a limitación de visitantes" como "nos campos de fútbol ou en calquera" evento. "O sistema está inventado" e non pasa por "prohibir desembarcar" nun momento puntual", senón por "adoptar medidas antes para evitar que isto suceda", sentencia.
PRAZA_6219
Besteiro promove unha declaración institucional co apoio de todos os grupos para pedir melloras, en especial no treito entre Abadín e Mondoñedo, e o BNG presenta unha moción de urxencia para que técnicos de Fomento revisen o polémico tramo.
O quilómetro 549 da A-8 foi o lugar onde un grave accidente provocou a morte dunha enfermeira que auxiliaba os múltiples feridos, uns 50 finalmente, nun sinistro con medio cento de coches afectados. Veciños e testemuñas acusan a néboa neste novo tramo da autovía ao seu paso por Abadín de que tantos vehículos batesen uns contra os outros nuns dramáticos minutos. A polémica é clara. O tramo inaugurado este ano adoita sufrir néboa e vento e alcanza unha altitude de 700 metros Houbo queixas e relatos de veciños da zona que advirten de que xa levan tempo evitando ese tramo da autovía pola densa néboa e o forte aire que adoita sufrir en zonas nas que se alcanzan os 700 metros de alto. Mesmo o alcalde de Mondoñedo denunciou que os sistemas antinéboa non son suficientes e que os trailers que por alí pasan teñen problemas acotío cos toldos que cobren a súa carga. Mentres, o treito segue cortado tan só cinco meses despois da súa inauguración. O tramo foi aberto este mesmo ano e xa acumula varios accidentes. A velocidade está limitada a 100 quilómetros por hora e a parte final desta construción foi sacada a concurso hai sete anos por uns 30 millóns de euros para cinco quilómetros. O proxecto inicial do devandito tramo prevía un viaduto por outra zona onde a altura era menor. O BNG levarán ao Congreso iniciativas sobre o nivel de seguridade do tramo entre Lindín e A Xesta O BNG reaccionou e xa anunciou o domigo que levará ao Congreso dos Deputados, por medio da deputada Rosana Pérez, iniciativas sobre o nivel de seguridade neste tramo entre Lindín e A Xesta, "onde as circunstancias meteoróloxicas adoitan ser adversas e onde, desde o mes de febreiro no que se abriu ao tráfico, xa se produciron varios incidentes". Igualmente, preguntará sobre o funcionamento dos sistemas instalados e sobre as medidas que se pretenden pór en marcha para evitar novos sinistros. Agora é a Deputación de Lugo quen reacciona. O seu presidente, José Ramón Gómez Besteiro, propón aprobar este mércores no pleno provincial unha declaración institucional, co apoio de todos os grupos con representación no organismo provincial (PSOE, BNG e PP), para que a Deputación inste o Goberno central a "mellorar a seguridade na A-8". No mesmo texto, Gómez Besteiro tamén propón transmitir o "máis sentido pésame" da institución luguesa ós familares da vítima mortal no sinistro desta fin de semana, así como o seu apoio a todos as persoas que resultaron feridas. Besteiro propón unha declaración institucional da Deputación que inste a Fomento a mellorar a seguridade na A-8 A declaración institucional que promove o titular provincial, e que deberá ser aprobar na sesión plenaria deste martes, asegura que "o accidente da pasada fin de semana, onde se produciu unha colisión que afectou a máis de 50 vehículos implicados nun choque en cadea debido á densa néboa, pon de manifesto a necesidade de dotar de melloras técnicas a Autovía A-8, en especial ao treito que discorre entre os concellos de Abadín e Mondoñedo". "A recorrencia da néboa e o vento nese treito entre Abadín e Mondoñedo, converten a escasa visibilidade do vial en habitual, provocando unha situación de excepcionalidade nun elemento común da condución pola Autovía do Cantábrico ao seu paso pola provincia de Lugo. Os numerosos sinistros provocados por esta situación, requiren dun estudo e tratamento especial por parte do Ministerio de Fomento", reclama. A Deputación, no texto que intentará aprobar, declara "a transcendental necesidade de que o Ministerio de Fomento tome as medidas técnicas precisas para garantir a seguridade vial da Autovía do Cantábrico, no treito que discorre entre os concellos de Abadín e Mondoñedo". Desde o BNG, a súa responsable comarcal na Mariña, Ana Ermida lamenta o desenlace do último accidente ocurrido, apostando "por poñer todas as medidas necesarias para evitar que se volvan a producir máis sinistros." Sobre esto, di que traslada as súas "condolencias a familiares e amizades da muller falecida e desexamos a pronta recuperación de todas as persoas feridas" O BNG presenta unha moción de urxencia para que técnicos de Fomento revisen o treito entre Mondoñedo e Abadín Ademais, outra iniciativa do Bloque na Deputación, que será debatida tamén este martes no pleno, urxe o Ministerio de Fopmento a "incorporar todos aqueles elementos de seguranza viaria necesarios para evitar novos accidentes neste treito como o acontecido esta fin de semana e que se saldou cunha persoa morta e ducias de feridos" Os nacionalistas queren que técnicos especialistas en seguridade viaria analizen o tramo da A-8 entre A Xesta e Lindín de cara a "detectar posibles fallos construtivos ou de trazado ou eivas na sinalización" e piden á ministra de Fomento, Ana Pastor, ao Presidente do Goberno do Estado, Mariano Rajoy, e o da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, que se "involucren e impulsen a realización inmediata das medidas necesarias". Fomento anunciou este mesmo luns que xa está a "reforzar as medidas de seguridade" na A-8.
NOS_2079
O xogador das categorías inferiores do club vigués convértese no cuarto futbolista en acadar esta cifra goleadora. A última vez foi na temporada 78/79.
O Celta pasou por riba do Rayo Vallecano en Balaídos (6-1). E tivo como estrela a Santi Mina, que fixo un póker de goles. O xogador de 19 anos, saído das categorías inferiores, mostrou a súa capacidade de cara a porta e entrou na historia do Celta. É o cuarto xogador en conseguir esta cifra de tantos en partido oficial. Mina fixo un partido perfecto e só marrou un remate nos 71 minutos que estivo no campo. A afección de Balaídos ovacionou con estrondo á súa promesa, que ao remate gardou o balón do partido como recordo da súa xesta. O último futbolista celeste en conseguir catro ou máis goles nun encontro foi Mori, na temporada 1978/1979. Víctor Sánchez debuta co Dépor O Dépor afronta este domingo un partido decisivo contra a Real Sociedad de cara a permanencia. O novo adestrador Víctor Sánchez viaxou con 20 xogadores a Donostia, dos que dous quedarán fóra da convocatoria. Os lesionados Wilk, Salomao e Helder Postiga serán baixa case con seguridade esta xornada, ao non terse recuperado das súas doenzas. Tampouco estarán Luisinho, sancionado, xunto a Borja López e Helder Costa, os primeiros descartes de Sánchez.
NOS_49132
En réxime de auto-convocatoria nove concentracións exixirán nas vilas e cidades galegas a abertura dun proceso constituínte após a renuncia ao trono de Juan Carlos de Borbón.
Nas redes sociais espallouse a convocatoria de concentracións en todas as cidades do Estado español para reclamar a abertura dun proceso constituínte. Serán ás 20.00 horas. Lugares das concentracións convocadas en Galiza por organizacións soberanistas galegas. BNG e NóS-UP chaman a secundar as mobilizacións "pola República galega". A Coruña. Praza de Ourense, perante a Delegación do Goberno español. Lugo. Praza Maior, perante a Casa do Concello. Pontevedra. Praza da Peregrina. Ferrol. Praza do Himno Galego. Ourense. Praza Maior. Santiago. Praza do Toural. Vigo. Rúa do Príncipe, diante do Marco. Foz. Parque Conde Fontao. Vilagarcía de Arousa. Praza de Galiza. Aliás, diversos movementos sociais convocan na Coruña, no Obelisco, ás 20:00 horas desta segunda feira. Tamén hai chamamento a se concentrar en Ourense diante da Subdelegación de Goberno, en Ferrol na Praza de Armas, en Lugo diante da Subdelegación do Goberno.
NOS_5206
Centos de persoas secundaron a primeira mobilización impulsada polos sindicatos do ensino contra o protocolo da Consellaría de Educación para o inicio de curso no contexto da Covid-19, elaborado sen a voz da comunidade escolar. Se a Xunta non recúa, chaman a endurecer as protestas de cara a setembro.
Os custos que, a ollos do profesorado galego non universitario, pretende aforrar o Goberno galego co seu protocolo para adaptar o reinicio do curso escolar ao novo contexto que marca o coronavirus ameazan con reverter, se a folla de ruta non cambia, sobre o alumnado, o profesorado, os equipos directivos e as familias. Para denunciar os problemas sanitarios, educativos e organizativos das medidas previstas para a volta ás aulas en setembro, os sindicatos presentes na mesa sectorial de ensino que hai unha semana plantaron a Consellaría de Educación en rexeitamento das súas instrucións –CIG, UXT, CCOO e ANPE– convocaron onte en Compostela a primeira mobilización contra ese documento, que logrou unir centos de docentes, estudantes, nais e pais nunha sonora cazolada diante de San Caetano. "Todo se reduce a un criterio: o do custo cero", resumía durante a protesta Suso Bermello, portavoz nacional de CIG-Ensino, a organización maioritaria neste sector, e quen reprochou á Xunta que queira impoñer un protocolo "que pon en risco a saúde e a presencialidade do ensino público". Así se interpreta a ausencia de alusións, no documento da Consellaría, a unha baixada do alumnado na aula, que permitiría ampliar a distancia interpersoal e desdobrar grupos, a través da contratación de persoal, tal como veñen demandando as organizacións sindicais docentes e as asociacións de nais e pais. En contra das recomendacións sanitarias Como denuncian as plataformas representantes do profesorado, o protocolo, tal e como está redactado, carece de medidas "efectivas" que minimicen os contaxios, mantendo as ratios nas aulas, "sen seguir ningunha das recomendacións sanitarias de organismos como a OMS ou do que estabelece o Ministerio de Sanidade –o protocolo rebaixa até un metro a distancia dentro da aula ou, no caso de que non se poida dar esta separación, fixa o uso de máscara para o alumnado durante as sesións lectivas–" e "negando a posibilidade de incrementar o persoal docente e non docente para facer fronte a todas as medidas organizativas, de gardas, quendas de vixilancia e limpeza do protocolo", denuncia a CIG. "Unha educación a custo cero non garante a sanidade", manifestou no acto de onte Paula Carreiro, secretaria de ensino de UXT na Galiza, quen censurou que as instrucións da Xunta tampouco desenvolven a vía telemática, para o caso dun confinamento parcial ou total, e carecen tamén de medidas específicas para ensinos como os musicais ou para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. "Non podemos dar o visto bo a un protocolo que non está rematado", razoou. Coa mobilización, que está previsto repetir o día 28, os sindicatos docentes queren reclamar á Consellaría a retirada da súa proposta, que cualifican de "temeraria" e "inviábel", para elaborar un novo documento que responda ás necesidades do conxunto da comunidade educativa, que reforce a seguridade sanitaria nos centros e que garanta a equidade da educación, após as dificultades reveladas no último trimestre do curso pasado, desenvolvido en confinamento por mor da pandemia. Ante a negativa inicial da Xunta de refacer o documento, as forzas sindicais avisan de que setembro empezará con novas mobilizacións. Como anticipo, esta semana animaron os equipos directivos dos centros a presentaren a dimisión en bloque ante a imposibilidade de levar a cabo antes de setembro as adaptacións que requiriría a aplicación do protocolo, sobre os que recae o groso da organización. "Estase planificando con case absoluta normalidade, a custo cero, e incumprindo, nalgún caso, a lei de riscos laborais", censurou onte a secretaria xeral de ensino de CCOO, Luz López, quen afeou á Consellaría a falta de vontade negociadora e que prime os criterios "economicistas" sobre as garantías de saúde da comunidade educativa. Na mesma liña, o presidente do sindicato ANPE na Galiza, Julio Díaz Escolante, lembrou que outros territorios están contratando profesorado e adaptando os centros. "A Xunta está facendo todo ao revés: coas instalacións que temos, intentar por todos os medios que non custe nada e meter o alumnado de calquera maneira nas aulas", considerou. Tamén o BNG secundou a cazolada reivindicativa, para demandar á Consellaría que negocie coa comunidade educativa. "O documento non responde nin ás necesidades nin as urxencias que hai neste momento no ensino público e o que vemos é que a Xunta está a dar prioridade a criterios económicos en detrimento da calidade e da seguridade", manifestou a deputada electa Olalla Rodil, quen ve "urxente" contratar máis profesorado para reducir as ratios por aula. Tamén o PSdeG se posicionou no mesmo sentido e chamou o Goberno galego a "exercer as súas competencias" educativas e a acordar o protocolo.
NOS_3691
Elisardo López Varela, especialista na obra de Curros Enríquez, sobre a que desenvolveu a súa tese de doutoramento, é o autor do terceiro fascículo da colección "Aí vén o maio!" que está a publicar Nós Diario. Falamos con el sobre Curros e sobre Aires da miña terra.
No seu traballo vostede afirma que Curros sempre tivo clara a súa función como poeta. Sobre que eixos vira a poética de Curros? É no poema "Encomenda" presente nas tres edicións de Aires da miña terra, onde achamos a concepción que o autor tiña da forma de ser poeta: un guía combativo, rebelde ante a inxustiza e firme defensor do seu pobo. Sabemos que o seu principal medio de vida foi o xornalismo, tanto en Madrid (El País), como na Habana (Diario de la Marina, La Tierra Gallega). A través del puidemos ir descubrindo o seu pensamento e as súas inquedanzas. Mais tamén nos seus versos achamos o seu ideario firme e claro, o Curros auténtico e comprometido. As súas ideas políticas (republicanas e antiimperialistas), sociais, anticlericais e de compromiso co país convérteno por excelencia no poeta civil da Galiza. Pola defensa da súa identidade, que se manifestou na defensa do idioma (intentando superar o galego dialectal propio da zona ourensá elevándoo, a través dunha rica variedade estrófica, a lingua literaria común), no apoio á creación das súas institucións (iniciador da creación da Academia galega), na preocupación polo seu progreso ("Na chegada a Ourense da 1ª locomotora"), na defensa das súas xentes e na denuncia das inxustizas cometidas contra o seu pobo, poderíamos consideralo hoxe como un fiel representante do pre-nacionalismo galego. Entre 1880 e 1886 Aires da miña terra tivo tres edicións, pasando dos 21 poemas iniciais aos 36 poemas da edición de 1886. Tematicamente, como se organiza o libro? Non vemos unha orde lóxica na disposición das composicións clasificadas por temas. Mais ás veces encontramos algunha intencionalidade clara. Así, o primeiro poema do libro, "Introdución", serve para se posicionar a respecto do seu compromiso coa lingua, e resulta relevante que situase "Encomenda" (concepción da función do poeta) en último lugar nas dúas primeiras edicións. Ao principio do libro, aparecen os tres poemas premiados no Certame de Ourense, que xa foran publicados anteriormente, mais outros con esta mesma particularidade non se agrupan nin cronolóxica nin tematicamente. Mesmo "Cántiga", o seu primeiro poema, aparece incrustado no medio do libro. No entanto, resulta significativo que Curros situase seguidos os tres poemas intimistas que afectaron fondamente o seu espírito: "Ben chegado", "Ai!" e "Na morte de miña nai". Curros é un dos referentes da nosa literatura. Cal é a vixencia actual de Aires da miña terra? Nalgúns aspectos parece un libro de plena actualidade: a postura en contra da pena de morte (aínda presente en moitos países, como EUA), a denuncia contra os abusos da Igrexa (véxanse hoxe os casos de pederastia), o seu posicionamento en contra da monarquía e a favor da república, a defensa do débil, do traballador, do labrego (labor representado teoricamente hoxe por axentes sociais e ONGs), a defensa da lingua galega xa daquela ameazada, etc. son temas de actualidade que aínda estamos á espera de que sexan resolvidos pola sociedade actual. Subscríbete As subscritoras e subscritores recibirán as entregas do coleccionábel, de terzas a sextas feiras, cada día con Nós Diario, ben en papel ben para a lectura na nube, en función da modalidade elixida. Se non es asinante, podes sumarte en nosdiario.gal, ou ben podes reservar o diario en papel nos quioscos.
NOS_49635
Un acto formal no Tribunal Supremo vén de estrear o ano xudicial máis de mil días despois de que expirara o nomeamento da cúpula do Poder Xudicial actual. Todo isto no medio do descrédito do órgano, recoñecido polo propio presidente do alto tribunal, froito do intento do PP por manter unha composición favorábel perante os xuízos pendentes na súa contra.
Cando restan menos de tres meses para que as e os 20 vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) fagan o seu terceiro ano en activo co mandato caducado, Carlos Lesmes, o seu presidente e ao tempo o do Tribunal Supremo, presidiu acompañado do rei Felipe VI a apertura do ano xudicial esta segunda feira no Salón de Plenos do alto tribunal. A renovación do Poder Xudicial, freada polo Partido Popular (PP) en diversas ocasións para manter a maioría conservadora, foi reclamada até polo propio Lesmes no seu discurso, cualificando a situación como "insostíbel para a xudicatura e para a propia sociedade, porque está incumprindo a legalidade", e pedindo que se alcance "nas próximas semanas o acordo preciso para a súa renovación". Porén, isto non impediu que desde comezos de decembro de 2018 -cando expirou o seu mandato- até o 29 de marzo de 2021 -coa entrada en vigor da reforma do Poder Xudicial que lle impedía facer nomeamentos en funcións- foran cubertas 78 vacantes en postos chaves da Xustiza española polo CXPX, que pretendía colocar as súas candidaturas nas sete prazas pendentes de asignar no Tribunal Supremo, que ten que decidir sobre investigacións como a aberta en contra de Juan Carlos I por lavado de cartos, suborno, delito contra a facenda pública e tráfico de influencias. Antes de presidir o Poder Xudicial, Lesmes desempeñouse como alto cargo no Ministerio de Xustiza durante as etapas dos tres titulares da institución no Executivo estatal de José María Aznar (PP): Margarita Mariscal de Gante, Ángel Acebes e José María Michavila. Despois deu o salto á Audiencia Nacional e ao Supremo, onde a renovación do CXPX coordinada por Mariano Raxoi na Presidencia, de maioría conservadora, situouno na súa posición actual. "Boicotear e romper pontes" Poucas horas antes do comezo do acto, Isabel Rodríguez, voceira do Goberno español e ministra de Política Territorial, fixo público o envío dunha carta a Pablo Casado, presidente do PP, para que "volva á senda da institucionalidade" e asuma a obriga constitucional de renovar o Poder Xudicial. "A única estratexia de Casado é boicotear e romper todas as pontes que uniron este Estado na democracia", sentenciou. Asemade, incidiu en que o PP ten que volver ao Pacto Antitransfuguismo, que abandonou en xullo cando a comisión de seguimento determinou que se valeu de tránsfugas para manter o poder na Rexión de Murcia. Nestes termos tamén se expresou Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, e máis a ministra de Defensa, Margarita Robles, que non descartou a reforma do sistema de elección dos membros do Poder Xudicial, mais, en todo caso, iso só se producirá tras a renovación coas regras actuais. O encargado de responder foi o secretario de Xustiza e Interior do PP, Enrique López, que se limitou a insistir en que non entenden os motivos polos que desde o Consello de Ministros non se apoia a reforma do sistema de elección, a pesar de recoñecer que non fixeron "ben as cousas" ao non modificar a lexislación cando gobernaban. Tamén sostivo que teñen que "acertar máis" nas negociacións para a renovación, que o PP rachou en distintas ocasións con vetos a figuras como Ricardo de Prada, o xuíz que encabezou o caso Gürtel, sobre a corrupción no PP. Reunión en Bruxelas Tras enviar o 26 de xullo unha misiva ao Comisario de Xustiza da Unión Europea, Didier Reynders, a asociación xudicial Xuízas e Xuíces pola Democracia anunciou onte que o 20 de setembro terán unha reunión con el para abordar a situación de bloqueo do órgano. Pendentes dunha negociación para a renovación quedan tamén institucións como o Tribunal Constitucional e o Tribunal de Contas.
NOS_25223
Exixen a "nulidade" dos contratos asinados en 2015 por incumpriren o paquete lácteo e existir "ilegalidades manifestas" na aplicación dos mesmos.
O conflito no sector lácteo continúa. Após a desaparición das cotas, da sanción imposta por Competencia á industria logo de máis dunha década pactando os prezos e das denuncias polos baixos prezos en orixe, as organizacións sindicais agrarias veñen de rexistrar unha denuncia formal perante a Xunta na que exixen a "nulidade" dos contratos asinados en 2015. Unións Agrarias, ASAJA e o Sindicato Labrego Galego aseguran que os documentos non cumpren co fixado no paquete lácteo e concorren en "ilegalidades" manifestas a comezar por non ter existido negociación algunha coas explotacións antes da súa sinatura. "Temos a constatación de que as industrias e primeiros compradores que recollen o leite na Galiza tentan cumprir formalmente o que di o paquete lácteo mais, na práctica, levan a cabo ilegalidades manifestas na aplicación dos contratos", sinala Roberto García, secretario de Unións Agrarias. Explotacións obrigadas a asinar a "renuncia voluntaria" E é que "o gandeiro, en ningún momento, nen de maneira individual nen colectiva, puido modificar nen unha soa vírgula dos distintos contratos, moitos deles claramente abusivos", acrecenta. Neste senso, as organizacións sindicais aseguran que as explotacións asinan malia as condicións prexudiciais por se tratar dun produto perecedoiro "perante o que a única alternativa é asinar ou tiralo". Asemade, denuncian que as industrias están a incumprir a duración mínima dos contratos e mesmo sinalan que os documentos se presentan ás explotacións coa "cláusula de renuncia voluntaria" xa cuberta para que asinen "do contrario non lle recollen o produto". "Temos multitude de testemuñas que din que as empresas fan unha oferta superior se [os gandeiros] renuncian á duración", denuncian. As organizacións avanzaron que presentarán a mesma documentación rexistrada na Xunta perante o Ministerio de Agricultura.
NOS_29971
18 municipios unen forzas para desenvolver proxectos conxuntos no eido da normalización lingüística a través desta entidade.
Un total de 18 concellos únense en Alingua, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, que nace co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no eido da normalización do idioma. Os municipios que constitúen este entidade son A Baña, Ames, A Coruña, Betanzos, Cedeira, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa. As institucións locais integrantes xa colaboraban en proxectos como Apego, Youtubeiras, Club de Debate ou Enreguéifate, iniciativas colaborativas de dinamización lingüística. Un dos obxectivos desta nova asociación é canalizar este tipo de colaboracións dirixidas a aumentar o uso do galego, fomentar as sinerxias entre as administracións e lograr unha xestión máis eficaz destas e outras accións en materia de lingua. 'Ax(e)itar a lingua', o novo manual de linguaxe inclusiva Esta acción conxunta, que foi presentada esta segunda feira en Compostela polo alcalde de Rianxo e presidente de Alingua, Adolfo Muíños, trata de fomentar a cooperación entre institucións locais e o traballo en rede. Na súa intervención, da que informou a organización nun comunicado, Muiños explicou que o nome da asociación xorde de 'alinguar', un verbo transitivo que significa usar a lingua propia para expresar pensamentos e accións á vez que se manifesta unha vontade expresa de autodefinición e afirmación nela e na cultura que a vehícula. O vocábulo centra unha campaña a medio camiño entre a ficción e o falso documental a través das redes, protagonizada polas intérpretes Gloria Risco e Tania Yáñez. A campaña conta con colaboracións como a das actrices Mela Casal, Melania Cruz e Ailén Kendelman, a cantante MounQup, os xornalistas Gonzo, David Espiño e Patricia Santana, as creadoras dixitais Olaxonmario, Todomalva e Surfeando Libros, o artista Sergio Marey, o escritor Ismael Ramos e a artesá Elena Ferro. Tamén participan a psiquiatra Iria Veiga, o intérprete Xosé A. Touriñán, a bailarina Ánxela Blanco, o rapero O Rabelo, a 'influencer' Paula Jorge, a maga Sara Rodríguez e o músico Caxade. Carlos Taibo: "Cando alguén celebra a desaparición dunha lingua, pregúntome que ten dentro da cabeza" Todas estas personalidades participan nas pezas audiovisuais da campaña, que buscan sinalar o orgullo de contar cunha lingua propia e expanden mensaxes chave como 'E ti, que alinguas?', 'Ou teu algoritmo fala galego?' ou 'A lingua sitúanos non mundo'. A primeira iniciativa que organiza Alingua é, precisamente, a campaña de presentación que se desenvolve para dar a coñecer a asociación e a súa finalidade. Baixo o lema 'Alingua aí', xógase coa propia marca da entidade para comunicar o orgullo colectivo por traballar a prol da normalización do idioma. Inclúe tamén sorteos para acudir a restaurantes pertencentes ao Grupo Nove —Culler de Pau, Eirado da Leña, Pepe Vieira e O Balado—, difusión nos medios de comunicación ou contidos audiovisuais adaptados ás novas narrativas das redes sociais. Ao acto de presentación asistiron representantes dos distintos concellos participantes na iniciativa, así como representantes dos grupos parlamentarios.
PRAZA_15790
A xuíza atende as alegacións de Esquerda Unida e revoga o arquivo do caso no que fora imputado o histórico José Luis Iravedra. A acusación pide a imputación da relixiosa que dirixe o asilo e reclama que José Manuel Barreiro compareza como testemuña.
O pasado xuño un xulgado de Lugo decretaba o arquivo provisional do caso no que foran imputados varios dirixentes e militantes do PP de Lugo por carrexar anciáns, papeleta en man, dende o asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados ata un colexio electoral próximo nos comicios galegos de 2012. A xuíza Sandra Piñeiro vén de advertir que aquel arquivo se baseou "nun feito incerto", o "aparente abandono do procedemento" por parte da acusación popular, exercida por Esquerda Unida, e nun auto ordena que se retome o procedemento penal. Como informou este diario, aquel 21 de outubro acudiron ao asilo un grupo de catro membros do PP para trasladar os anciáns. Un deles era José Luis Iravedra, histórico dirixente dos conservadores na provincia e daquela tamén membro do consello de administración da CRTVG. Acompañábano, tal e como recolleron algúns medios de comunicación na propia xornada electoral, a ex concelleira Teresa Taboada e dous militantes máis, Benigno Gómez e Serafín Rodríguez. A investigación acreditou que os anciáns "carecían de capacidade para comprender e decidir o sentido do seu voto" Segundo a investigación, os anciáns trasladados para "depositar o voto" fórono aínda que, segundo informes do Instituto de Medicina Legal de Galicia, "carecían de capacidade para comprender e decidir o sentido do seu voto" por mor de doenzas como "demencia senil" ou o Alzheimer. Non obstante, daquela a xuíza xa deu por acreditado que "todos" os residentes trasladados chegaron a votar e que só o fixeron porque os trasladaron os membros do PP, en quen apreciaba "indicios racionais de criminalidade" como presuntos autores dun delito electoral. Varios anciáns apuntan que lles entregaron os sobres de votación na propia residencia Nesta liña, nas alegacións nas que se basea a reapertura do caso EU a acusación resalta que ficou comprobado que neste caso os anciáns saian da residencia "portando sobres pechados coa papeleta electoral" que "lle fora entregada na propia residencia". Este feito, indica, foi referendado na declaración testemuñal dalgúns deles, realizada na propia residencia, onde indicaron "que la papeleta se la dieron aquí", "que llevó el sobre de aquí, del asilo" ou "que llevó el voto de aquí". Asemade, un deles agrega que "no votó a quien quiso", polo que cabe pensar que "se puido producir unha manipulación do voto". EU, que exerce a acusación, reclama a imputación da relixiosa que xestiona a residencia e pide que Barreiro declare como testemuña "O delito -indica o escrito- é atribuíble á responsable da residencia, a madre superiora Amparo Campos, podendo ser considerados os que trasladaron aos votantes como cooperadores necesarios ou cómplices do delito". A carretaxe sería especialmente grave no caso de Iravedra, quen xa admitiu por escrito que naquela xornada actuaba como apoderado do PP e, polo tanto, incluíase "no concepto ampliado de funcionario" que establece a lei electoral. Así as cousas, o proceso reábrese e EU solicita a citación como imputada da relixiosa responsable da residencia, que se acredite a condición de apoderados dos representantes do PP e que, ademais, se agregue á causa a incidencia que AGE formulou sobre esta carretaxe durante as propias votacións. A acusación pide, ademais, que sexa citado como testemuña o presidente provincial do PP e voceiro do partido no Senado, José Manuel Barreiro, "a fin de que manifeste o seu coñecemento sobre a petición de colaboración para o traslado de votantes dende o asilo á oficina electoral, feito admitido polos imputados". Para o deputado lucense de AGE, Ramón Vázquez, "resulta evidente a complicidade do PP nuns actos tan degradantes e antidemocráticos" coma estes e "resulta indecente" que "case catro anos despois do acontecido, non se depurasen responsabilidades políticas alén do discreto cesamento do señor Iravedra" no Consello da CRTVG "aproveitando a renovación deste órgano en datas recentes". "Imos chegar ao final para rematar coa rede caciquil do PP e para que os responsables do carrexo sexan condenados", afirma.
NOS_13978
Argumenta a coligación de Anova e EU que as institución españolas e europeas "afectan a vida de centos de milleiros de persoas"
"Precisamos dunha acción política común inclusiva, na Galiza nosa si, mais sen fuxir de intervir tamén no Estado español e en Europa". É a proposta de autodeterminación que para o pobo galego vén de lanzar AGE no manifesto ao que deu leitura esta cuarta feira, na véspera do Día da Patria. O que argumenta a coligación de Anova e Esquerda Unida é que as administracións españolas e europeas "afectan a vida de centos de milleiros de persoas". Ás portas do que foi a redacción de Nós, na compostelá rúa do Vilar, o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, e a vicevoceira, Yolanda Díaz, deron leitura a un documento que intitularon 'Un paso adiante, Galiza', en referencia ao escritor lucense Xosé María Díaz Castro.
PRAZA_968
O vindeiro xoves remata o prazo para que as entidades cumpran a coa lei e teñan escaneada a documentación dos clientes, pero a falta de previsión e información provoca equívocos e aglomeracións nas oficinas. Adicae advirte que só os clientes que foran avisados teñen que acudir á sucursal.
Moitas oficinas bancarias de Galicia reciben nestes últimos días máis clientes dos habituais. O vindeiro xoves 30 remata o prazo que a banca ten para se adaptar á Lei de Prevención do Branqueo de Capitais e do Financiamento do Terrorismo e son moitos os cidadáns que acoden ás entidades para achegar unha copia dixitalizada -escaneada- do seu DNI ou documento de identificación. Acoden moitos que foron avisados polo seu banco de que tiñan que facilitarlles a documentación, pero tamén moita xente que, ante as advertencias xeralizadas ou na prensa, visitan tamén as súas oficinas. De non ter regularizados os datos, as contas serían bloqueadas a partir do 1 de maio. Adicae advirte que só terán que levar o DNI ao banco aqueles clientes que foran avisados pola entidade Adicae-Galicia (Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros) advirte, non obstante, que a achega do DNI nestes días "non é obrigatoria" para todo o mundo e que só teñen que acudir "aqueles que foron advertidos polo seu banco de que tiñan que facilitar a súa documentación". Acontece así porque moitas entidades bancarias xa escanearon o DNI nos últimos meses pero non advertiron de que así se fixera. E son moitas as persoas que pensan que teñen que facilitar os datos requiridos malia non ser avisados. Segundo Adicae, non é así. Malia todo, "a falta de previsión dos bancos e o feito de agardar ás últimas semanas para regularizar a situación ou avisar aos seus clientes" provoca agora que moitas oficinas sufran "atascos e aglomeracións" provocadas pola escaseza da información e as "présas innecesarias". Mesmo o intento por informarse dalgúns clientes na súa entidade bancaria recibe como única recomendación acudir a calquera oficina co seu DNI, sen comprobar antes se esa persoa ten actualizada xa a súa información. A "falta de previsión dos bancos" e a escaseza de información está a provocar "aglomeracións" nas oficinas nestes días A nova normativa foi aprobada en 2010. "Os bancos tiveron cinco anos desde que se aprobou", lembra Adicae. Pero moito cumpriron desde xa o ano pasado e outros moitos agardaron ás últimas semanas. Agora vénlles o tren e moitos clientes temen que as súas contas sexan bloqueadas. A asociación de usuarios de banca insiste en que "non é necesario achegar os datos se non nolos solicitan" e recorda tamén que un hipotético bloqueo de contas soluciónase presentando na oficina os datos. De ocorrer isto sen previo aviso, recomenda "presentar unha reclamación" na propia oficina ou mesmo "ante o Banco de España". A nova normativa foi aprobada hai cinco anos, pero moitos bancos esperaron ao final para recoller a documentación requirida Porque malia que medios de comunicación e entidades de usuarios insistiron na finalización dos prazos, nin bancos nin administracións puxeron demasiado interese en avisar. E agora, a ameaza do bloqueo das contas provoca intranquilidade e temor entre os clientes. Adicae, ademais de criticar que se faga todo "a marchas forzadas", advirte tamén de que en moitas ocasións os bancos solicitan "máis información da que exixe a lei, que é moi ambigua". Nalgúns casos, as entidades bancarias piden xustificar a actividade económica do cliente e, no caso de empresarios, pode incluír tamén escrituras da constitución das compañías ou a súa distribución accionarial. Adicae aclara a Praza que "saber a actividade económica" supón unicamente iso: "dicir de que se traballa e nada máis". "Só poden ampliar as reclamacións no caso de que demostren que nese cliente hai máis risco de cometer alguha irregularidade". O obxectivo deste exceso na petición de información xorde en moitos casos, segundo a asociación de usuarios, da intención de aproveitar o caso para utilizar estes datos con fins comerciais. O problema é que a normativa "non define con clariade o risco ou non risco do branqueo de capitais" o que se aproveita para demandar máis información da precisa ou mesmo levar a cabo outras xestións en beneficio do banco.
PRAZA_3793
Miguel Tellado pide "respecto aos que traballan por salvar vidas" e, malia os reproches diarios de Feijóo ao Goberno central, asegura que os populares estiveron calados ata agora
Miguel Tellado pide "respecto aos que traballan por salvar vidas" e, malia os reproches diarios de Feijóo ao Goberno central, asegura que os populares estiveron calados ata agoraNunha comparecencia pública convocada de urxencia este mesmo xoves, o número 2 do PPdeG, o seu secretario xeral, Miguel Tellado, rifou aos partidos da oposición pola súa "deriva irresponsable" ao criticar a actuación da Xunta fronte ao coronavirus. Ao tempo, o popular presentou ao presidente Feijóo como "exemplo" de "lealdade". Os populares aseguran que "o PPdeG calou cando o Goberno non fixo nada durante semanas", afirmación que contrasta cos reproches diarios lanzados por Feijóo desde o comezo da crise por considerar que o Executivo de Pedro Sánchez debía trasladar máis material a Galicia malia admitir a dificultade de conseguilo no mercado internacional. "Estivemos calando por respecto á situación na que estamos e ao Goberno, por iso non podemos admitir esta actitude da oposición en Galicia", di agora Tellado. Segundo o popular, que como durante a campaña electoral interrompida insistiu na identificación do país co PP e a Xunta, "Galicia non pode entender que mentres todos loitan unidos co mesmo obxectivo, os partidos estean nas súas liortas de sempre". Tellado chega a pedir á oposición que rectifique "por respecto aos que traballan por salvar vidas". Nesa liña, censura que "os socialistas que din que non se pode criticar a Sánchez lle botan en cara aos Gobernos autonómicos as cifras de falecidos; as mesmas Mareas de Podemos [en referencia a Galicia en Común] que din que a sanidade está colapsada aseguran que non son necesarios os hospitais de reforzou; ou o mesmo BNG que pide que se poñan os recursos da sanidade privada a disposición da Xunta critica ao Executivo galego cando emprega eses recursos".As críticas de Tellado á oposición prodúcense ao tempo que este ten restrinxida a súa función de control da Xunta ao estar o Parlamento disoltoAs críticas de Tellado prodúcense ao tempo que a oposición ten restrinxida a súa función de control da Xunta ao estar o Parlamento de Galicia disolto desde a convocatoria das eleccións autonómicas que finalmente non se celebrarán ata que Feijóo o decida unha vez superado o estado de alarma a nivel estatal e a alerta sanitaria en Galicia establecida polo propio Goberno galego. Nese contexto, a única vía de control da oposición á Xunta é a través da Deputación Permanente do Parlamento, o seu máximo órgano co Pleno disolto, na que só están representados uns poucos deputados e na que o PP ten capacidade de veto de calquera petición de comparecencia por parte da oposición. Nesa Deputación Permanente, que no que vai de crise do coronavirus só celebrou unha comparecencia do presidente Feijóo, o PP aceptou que comparezan este venres o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, para dar conta das actuacións dos seus departamentos na crise do coronavirus. No que vai de semana non se celebrou aínda a reunión ordinaria do Consello da Xunta, polo que a sesión parlamentaria deste venres para que a oposición pida contas á Xunta pode coincidir cunha nova comparecencia pública do presidente Feijóo.
NOS_27218
Carreiras espectaculares no V Trail con saída e chegada desde Luintra, en Nogueira de Ramuín. A competición constaba de dúas carreiras con percorridos de diferente extensión: unha de 47 quilómetros e outra de 24 quilómetros.
A volta do Trail Ribeira Sacra, despois da parada con motivo da pandemia do ano pasado, constatou a boa acollida que hai na Galiza deste tipo de probas. A competición constaba de dúas carreiras con percorridos de diferente extensión: unha de 47 quilómetros e outra de 24 quilómetros. A primeira deu saída desde Luíntra, Nogueira de Ramuín, ás oito da mañá para, dúas horas despois, comezar a segunda. A rivalidade comezou xa desde o inicio. Na primeira carreira tomou a dianteira Adrián Rodríguez, mais foi Fran Salgueiro quen rematou en primeira posición cun tempo de 5:32:54. A segunda praza ficou nos pés de Adrián Rodriguez (05:39:20) e de terceiro aterrou Iván Barreiro (05:48:59). En mulleres, Verónica Calvo deu a sorpresa completando o durísimo percorrido en 7:17:11. A corredora galega salvou a lesión que tivo hai catro meses e mesmo algunhas caídas durante a proba. En segundo lugar chegou Cati Vives Vived con 7:53:12 e Sandra Fernández quedou terceira con 7:59:55. Vitoria con anécdota Na carreira de 24 quilómetros, Iago Abeledo chegou primeiro tras facer un tempo de 02:39:07 e protagonizar a anécdota da xornada ao trabucarse de percorrido e levar todo o pelotón ás súas costas durante un quilómetro. "Saín moi rápido, confundinme nun cruzamento e cando me din conta, seguíanme todos. Así que tocou ir rápido porque non sabía se había alguén diante ou non e cando cheguei ao primeiro control dixéronme que era o primeiro" aseguraba ao remate, "aínda así ao non ter referencias, tirei de cabeza e apertei até o final cos cálculos que tiña dunhas dúas horas e media de carreira", concluía. Ao remate da proba Manuel Casado ficou segundo (02:43:11) e Chema Quintián terceiro (02:46:20). O podio feminino nesta distancia encabezouno este ano a corredora Dorina Alina (03:19:00) seguida en segundo lugar de Natalia Sierpes (03:31:16) e de terceira ficou Andrea Montero (03:44:47). Nesta edición a organización do Trail Ribeira Sacra tivo que cancelar a zona de degustación habitual de cada ano ao remate da carreira e substituíuna por un premio final para todas as persoas participantes que consistiu nunha caixa de produtos galegos cedida por diferentes patrocinadores.
NOS_19945
No medio do despregue militar da OTAN arredor de Rusia, Ucraína corrobora as negativas rusas á suposta invasión, e sostén que non hai motivos para "entrar en pánico".
Malia que a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) está impulsando un despregue militar no leste de Europa coa xustificación de prepararase a unha eventual invasión rusa a Ucraína, desde Kiev manteñen que non "hai motivos para que entremos en pánico". Alexei Danilov, secretario do Consello de Seguridade Nacional e Defensa do país, sostivo esta segunda feira que un ataque ruso "é imposíbel fisicamente, hai movemento de tropas rusos no seu territorio? Si, hainos, e non é unha nova para nos", apuntando que "quizais é unha nova para os nosos socios estranxeiros". Asemade, incidiu en que "ultimamente aconteceron moitos sucesos informativos no noso país. Moita ficción paramilitar aparece nos medios", polo que reiterou "un chamamento a todos vostedes, amigos e colegas, para que reduzan un pouco a intensidade que existe hoxe." Amais, fixo fincapé en que "a situación que hai é moi clara para nós, até o de agora non hai motivos para que entremos en pánico". Nese sentido, restou importancia á retirada dos diplomáticos dos Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña, asegurando que até 49 embaixadas manteñen a normalidade. Pola outra parte, a voceira do Ministerio de Asuntos Exteriores ruso, Maria Zajarova, asegurou que "Kiev leva dous día suplicando [aos Estados Unidos] que rebaixen a súa retórica, pero Washington segue a súa propia liña". A axencia Reuters detallou que até o de agora a OTAN estabeleceu arredor de 4.000 efectivos militares en batallóns multinacionais en Estonia, Lituania, Letonia e Polonia, con 8.500 soldados dos Estados Unidos (EUA) preparándose para unirse á campaña militar. Rusia nega a invasión A organización militar encabezada polos EUA acusa Rusia de ter 100.000 soldados na fronteira con Ucraína programando unha grande ofensiva, non obstante, o chanceler ruso, Serguei Lavrov, insistiu en que esa suposta invasión é falsa, así como en que o seu país nunca ameazou o pobo ucraíno. Esta escalada de tensión militares dáse no medio do aumento de exportacións de gas natural de Estados Unidos á Unión Europea, superando por primeira vez os volumes de importación do gas natural ruso e cando está bloqueado pola Administración alemá a entrada en funcionamento do gasoduto Nord Stream 2, que aumentaría a capacidade de importación da UE con respecto ao gas ruso, é dicir, a un prezo máis accesíbel que no caso dos EUA, que ten que transportalo por vía marítima.
NOS_22494
O 19 de xuño decorrerá en Compostela unha "contracimeira de carácter internacionalista e antiimperialista e na defensa da soberanía dos pobos".
A Plataforma Galega contra a OTAN convoca durante todo xuño diferentes actos por todo o país diante do cumio da Alianza que decorrerá en Madrid os días 29 e 30 deste mes. As máis dunha trintena de organizacións integradas nesta entidade convocan estas actividades, afirman nun comunicado remitido aos medios, "co obxectivo de difundir os verdadeiros obxectivos da OTAN, denunciar o seu carácter agresivo e expansivo, rexeitar o papel dos seus membros, en particular do Estado español, e o uso de infraestruturas e equipamentos en territorio galego". Así, o vindeiro 19 de xuño organizarase en Compostela unha "contracimeira de carácter internacionalista e antiimperialista e na defensa da soberanía dos pobos". Será na Nave de Vidán a partir das 9.30 horas, e participarán, entre outros, José Goulão, Ramón Grosfoguel ou Ángeles Díez. 40 anos na OTAN: Sánchez pide aumentar o gasto en Defensa ante a "ameaza" da guerra en Ucraína Aliás, a plataforma ofrecerá diferentes palestras informativas en varios concellos da Galiza baixo o título 'Que é a OTAN e canto nos custa?', co gallo de "explicar a realidade detrás da alianza militar imperialista". A primeira cita será en Vigo esta quinta feira, 9 de xuño, na cafetaría De Catro a Catro (20 horas), da man de Duarte Correa e Olaia Chaves. Nesa mesma data e de forma paralela tamén se realizarán repartos simultáneos nos diferentes campus das universidades galegas. Por outra parte, o colectivo chama a sociedade galega a participar da manifestación convocada en Madrid o vindeiro domingo 26 de xuño, para o que habilitará autobuses.
NOS_40547
A CIG considera que o borrador de servizos mínimos non garante o lexítimo dereito á folga do persoal da administración e advirte que recurrirá a proposta de non se modificaren
Máis servizos mínimos que nas folgas anteriores. A Xunta vén de presentar aos sindicatos un borrador de servizos mínimos para o persoal das administración que, en centrais como a CIG, consideran abusivo e que non garante o dereito á folga dest@s traballadores e traballadoras. A proposta presentada pola consellaría de Facenda afecta ao persoal que traballa nos servizos, sectores e actividades baixo competencia da Xunta: seguridade, protección civil, medios de comunicación social, rexistro, educación, bombeiros, transportes... A CIG denuncia que a proposta do Goberno galego "supera mesmo os servizos mínimos estabelecidos para folgas anteriores". A este respecto, o sindicato lembra que tanto o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza como o Tribunal Supremo a instancias de recursos presentados pola CIG consideraron excesivos e abusivos os servizos mínimos decretados pola Xunta. Alegacións A CIG xa presentou alegacións ao borrador e está á espera da resposta da Xunta. De se manter o goberno galego na actual proposta, a central presentará un recurso contencioso-administrativo. Considera a central que o punto de partida para a negociación do decreto de servizos mínimos do día 14 de novembro ten que ser o auto do 19 de xuño de 2002 da sala do contencioso-administrativo do TSXG, que di: "enténdese que os servizos mínimos que hai que fixar para o período de folga convocado non poderán exceder en cada centro, departamento ou oficina, do número de persoas que normalmente permanecen neles con ocasión dun domingo ou día festivo, salvo que se trate de órganos que tales días permanecen pechados, en que haberá que atenderse ás quendas estabelecidas para os sábados".
PRAZA_18096
CON VÍDEO Caballero anuncia que o aparcadoiro municipal do Cunqueiro será de balde uns dez meses e despois, se a Xunta non deixa de cobrar no seu, só poderán estacionar sen pagar as persoas empadroadas en Vigo. Mentres, Feijóo lanza de novo á súa candidata advertindo o rexedor de que "ti non es Vigo" HEMEROTECA | Sanidade rebaixa o prezo do parking do Cunqueiro ás portas da campaña
HEMEROTECA | Sanidade rebaixa o prezo do parking do Cunqueiro ás portas da campaña Galicia arrecende a precampaña municipal e practicamente nada do que suceda nas principais frontes desta contenda é alleo á cita coas urnas. Non o é tampouco, daquela, da inauguración este venres do aparcadoiro gratuíto impulsado polo Concello de Vigo nas proximidades do hospital Álvaro Cunqueiro, onde o parking aberto pola Xunta pasou a custar un euro a hora -tras a marxe gratuíta dos primeiros trinta minutos- tras intensas protestas cidadás polo alto prezo. O alcalde vigués, Abel Caballero, cortou a cinta inaugural cunha advertencia: calquera poderá aparcar de balde durante uns dez meses e, de aí en diante, só a poboación empadroada en Vigo a non ser que o Goberno galego elimine os pagamentos tamén no seu aparcadoiro. "O modelo de Feijóo é que os cidadáns paguen e o do Concello de Vigo é que os cidadánas de Vigo non paguen", resumiu o rexedor no acto inaugural da instalación, onde collen uns 400 vehículos. Segundo Caballero, a Xunta instaurou de facto "un copago sanitario" porque ata agora non existía "alternativa" ao estacionamento de pagamento. "Vigo -agregou- non asume que a xente que vén de Vigo e doutros vinte e cinco concellos teñan que pagar por aparcar cando veñen ao hospital". Por iso, asegura, "se a Xunta decreta a gratuidade do seu aparcamento, o Concello de Vigo determinará que o municipal sexa tamén de balde para todos". Caso contrario, advirte, en canto estea elaborada a ordenanza da tarxeta municipal Passvigo, só poderán acceder sen pagar as persoas empadroadas na cidade. Caballero anuncia que o aparcadoiro será de balde uns dez meses e despois, se a Xunta non deixa de cobrar no seu, só poderán estacionar sen pagar as persoas empadroadas en Vigo A resposta da Xunta chegou pouco despois a través dun comunicado da súa delegación viguesa. O Goberno galego pon o acento en que a instalación municipal abre "con tres anos de atraso" -Caballero anunciouna en 2015- e ademais critica que "o aparcamento do Concello, de 400 prazas, dista das instalacións e do edificio preto de 400 metros, que os usuarios haberán de percorrer a pé despois de deixar o seu vehículo". Mentres, gábase, o aparcadoiro do hospital dispón de "4.000 prazas e comunicación directa por ascensor coas distintas estancias do hospital" e ademais é "dende decembro de 2015, o máis barato de cantos existen nos hospitais públicos de Galicia e o máis económico de cantos están abertos no municipio de Vigo". Nin a intervención do alcalde vigués nin o retruque da Xunta eran alleos ao clima preelectoral nin, nomeadamente, ao mitin de presentación da candidata do PP á alcaldía Nin a intervención de Caballero nin o retruque da Xunta eran alleos ao clima preelectoral e, nomeadamente, ao mitin de presentación formal da ex-conselleira Elena Muñoz como, novamente, candidata á alcaldía da cidade polo PP. Na inauguración do aparcadoiro o alcalde retou a Xunta a "poñer gratuíto o aparcadoiro do hospital porque, do contrario, o PP de Vigo e os seus candidatos quedarán desautorizados para representar esta cidade. Horas despois, nun mitin na estación marítima o propio Feijóo cargou con dureza contra Caballero, a quen cualificou de "arrogante" e "neglixente" entre continuas mencións ao accidente do Marisquiño. Na investigación sobre este sinistro, advertiu, "investigaranse as neglixencias que provocaron máis de 460 feridos" mentres noutra comisión, a impulsada pola oposición para indagar nos efectos dos recortes sanitarios, "tratarase a sanidade pública que deu resposta eficaz e inmediata cando tivo que atender a esas máis de 460 persoas". As reaccións ao seu mitin na cidade, augurou o líder dos conservadores galegos, é que "mañá dirán que Feijóo veu a Vigo a atacar a Vigo" pero "non, alcalde -advertiu en castelán-, ti non es Vigo", xa que "Vigo é o traballador da Citroën que vai traballar todos os días pola mañá", "a sanitaria que está a quendas no hospital" ou "o profesional que traballa no hospital de Vigo todos os días, que é capaz de ver a máis de 400 persoas no mes de agosto en poucas horas", dixo en nova referencia ao accidente do Marisquiño". Mentres, acusou, Caballero "desprestixia a sanidade" porque o Cunqueiro foi aberto dende a Xunta. "Ti non es Vigo", repetiu en referencia ao socialista.
PRAZA_8392
Cristian López fala co vigués na súa casa, unha longa conversa que lle permite a Reboredo contar de vagar o relato da súa vida, lonxe das cámaras e os micrófonos que o perseguiron nas súas primeiras horas de liberdade.
David Reboredo está a pagar aínda o erro que cometeu con tan só 18 anos. Agora, con 44, atópase en prisión polo menor dos seus delitos: ser un enfermo. Vémonos nun dos seus días de permiso na casa familiar, onde se respira paz despois duns meses intensos. Véselle relaxado, seguro, acompañado polo seu pai Edmundo e a súa parella Lili, empezamos falando de fútbol, unha das súas paixóns, e acabamos facéndoo sobre a vida. Esta é a súa historia, contada por el mesmo, lonxe das cámaras e os micrófonos que o perseguiron nas súas poucas horas de liberdade. "Xa preto dos 18, a heroína era un boom no Calvario e chega un día en que tes curiosidade. Nese momento víase como o máis, porque non se sabían as consecuencias" Como entras no mundo das drogas? Empecei a tontear en BUP: fumas un canuto, saes de festa... Era un adolescente máis. Xa preto dos 18, a heroína era un boom no Calvario e chega un día en que tes curiosidade. Nese momento víase como o máis, porque non se sabían as consecuencias. Paraban todos nas proximidades do instituto, mesmo dentro. Pero mira como é que a primeira vez que me puxen fíxeno fóra. Aquí dábame un pouco de respecto, non estaba seguro. Ao final marchei de acampada cuns amigos a Puebla de Sanabria e probeina. Gustounos a experiencia pero á volta non queriamos pillar. E por que repetiches? Tiña dúbidas. A xente dicía que era chunga, que enganchaba. Pero tampouco vías a ninguén feito po, como pasou despois. Empézaste a enganar: "Eu pódoa controlar, consumo cando quero". Dúas semanas despois conseguimos un diñeiro e decidimos comprar. Pillamos durante unha semana todos os días pero cando se acabou... "A primeira vez que sentín o mono estaba con dous colegas, dous irmáns que morreron poñéndose" Apareceu a síndrome de abstinencia... Claro. Ao principio leve, pero dóenche os riles, veste suando. Decátaste de que, carallo, non é ningunha bobada. A primeira vez que sentín o mono estaba con dous colegas, dous irmáns que morreron poñéndose. Daquela ou tiñas 2.000 pesetas ou non comprabas heroína. Como non nos chegaba pensamos: compramos unha botella de vodka e coa bebedeira pasaranos o mal rollo. Mira que ignorantes eramos! Logo descobres que só o podes quitar poñéndote outra vez. A que te levou iso? Para manter o vicio empezas a facer as túas movidas. Que se pillar haxix aquí para vendelo ao outro e sacar unhas pelas para a papelina. Empezas a dar problemas en casa, a roubar cousas, que se unha cadea, un anel. Non pensas o que fas, só queres o diñeiro, queres quitar o mono, que é superior a ti. Chega un momento en que espertas cada mañá pensando que se non tes o xute valo pasar mal. "Non pensas o que fas, só queres o diñeiro, queres quitar o mono, que é superior a ti. Chega un momento en que espertas cada mañá pensando que se non tes o xute valo pasar mal" É cando te dás conta de que estás enganchado? Si, cando pasas o día pensando como conseguir diñeiro para a seguinte. Vives para a heroína. É unha obsesión. Cando tes, pasas todo o día pillando. Se podes estar as 24 horas colocado, estalo. Gardas algo para mañá pero xa estás a pensar que se che vai acabar. Despois empezas a mesturar coa cocaína, que case foi máis prexudicial. Fíxome moito dano. É unha droga sen límite, non ten fondo. Cada cinco minutos necesitas máis. Ao principio é unha droga para saír de festa. Logo xa non queres a ninguén ao teu lado. "Arrincamos a toda hostia e lembro que, a metade de camiño, ía enriba del tentando reanimalo, para que reaccionase. Claro, eu dáballe no peito, pero non sabía! Ao final espertou, pero paseino fatal" Cal foi o momento máis duro deses anos? Recordo especialmente o meu amigo Juan. Viña limpo de estar en Proxecto Home. Por entón eu ía todos os días comprar a Baiona. Estabamos nun monte, dentro do coche. Díxome que quería e prepareille a xuta coma se fose para min. Consumía moito nese momento. De súpeto deime conta de que non falaba, que non espertaba. Amedrenteime, unha angustia brutal. Arrincamos a toda hostia e lembro que, a metade de camiño, ía enriba del tentando reanimalo, para que reaccionase. Claro, eu dáballe no peito, pero non sabía! Ao final espertou, pero paseino fatal. Outros non tiveron tanta sorte... Non. (Ponse serio, apesarado) Un dos irmáns que che dicía antes, estaba con el cando morreu, tomabamos o mesmo. Os seus pais estaban na aldea. Marchei da súa casa e aireeime polo camiño e baixoume un pouco, porque nun principio quedamos os dous durmidos. El nunca máis espertou. Fun o primeiro en entrar ao seu piso ao día seguinte cos bombeiros. Estabamos xuntos todos os días e estrañoume que non aparecese. Cando cheguei e vin a luz acesa souben que pasara algo. Puiden ser eu. "Cando estás enganchado pasas por riba de todo. Pode estar alguén morto ao teu lado e ti poñéndote. Esta é a última, mañá déixoo, pero mañá nunca chega" Non tiveches medo a acabar igual? Non te propuxeches deixalo? É o primeiro que pensas. Acórdome que ese día tiña unha papela. Ao principio o último que quería era meterme, estaba de baixón. O meu colega acababa de morrer e podía quedar con el. Pero ás catro horas fumeina. Eu xutábame e pensei: mellor fúmoa, que é menos fodido, pero non as tiras. Mira como me enganaba! O desexo era máis forte que o medo. Tamén acalaba a dor da perda. "Co mal que o estou pasando, voume poñer e xa está", pensaba. Cando estás enganchado pasas por riba de todo. Pode estar alguén morto ao teu lado e ti poñéndote. Esta é a última, mañá déixoo, pero mañá nunca chega. "Aqueles anos fixen de todo. Roubos, tiróns, chinei coches para roubar o radiocasete, pequenos trapicheos... Entón condenáronme xustamente, merecíao. Paguei polos meus erros" Como se sobrevive na rúa para ter diñeiro todos os días? Tes que buscar a vida constantemente. O Calvario estaba cheo de chutadeiros naquela época, foses onde foses atopabas un. Aqueles anos fixen de todo. Roubos, tiróns, chinei coches para roubar o radiocasete, pequenos trapicheos... Ao final sabes que vas caer e acabas caendo. Entón condenáronme xustamente, merecíao. Paguei polos meus erros. E a policía? Parábante e cacheábante todos os días cinco ou seis veces. Se tiñas algo, escondíalo. Aparecían como nas películas, cruzando o coche, encanonando a xente. Lembro un día estar nun coche cun amigo, que estaba facendo un porro. Apareceu a secreta apuntándonos á cara. Empezas a terlles odio, a velos como o inimigo. Outras veces tentábante camelar. Se me dis quen cho vendeu non che quito a papelina. Se te chantaxeaban coa multa ou te arrestaban dábache igual. "Entón a metadona era ilegal. Sei o que era a cidade sen ela e o que é agora. A xente debería estar moi satisfeita. Polo menos 5.000 persoas tómana en Vigo, persoas que estarían a roubar ou trapicheando todos os días para consumir, para buscar a vida" Pasaches moitas noites no cabozo de comisaría? Moitas. O peor era estar de mono, dando cabezazos contra a parede. Berros toda a noite. Non che daban nada, como moito un Nolotil, que non che facía efecto. Entón a metadona era ilegal. Sei o que era a cidade sen ela e o que é agora. A xente debería estar moi satisfeita. Polo menos 5.000 persoas tómana en Vigo, persoas que estarían a roubar ou trapicheando todos os días para consumir, para buscar a vida. En 1989 ingresas por primeira vez na antiga prisión da Avenida de Madrid, agora reconvertida nun CIS, onde te atopas recluído na actualidade. Como era entón? Desde o 89 ao 92 entrei e saín de prisión varias veces. Estaba tres días, unha semana... Dentro non tiñas nada. Vendías a chupa nada máis entrar para pillar unha papela. Logo tiñas que conseguir a xiringa, que utilizaban se cadra 20 tíos, pasábana por lixivia e o seguinte. Era unha ruleta rusa. Dentro había droga a moreas, como na rúa. Caían bólas desde fóra continuamente. Vivías como na rúa, pero nun espazo pechado. "Dentro había droga a moreas, como na rúa. Caían bólas desde fóra continuamente. Vivías como na rúa, pero nun espazo pechado" E iso provocaba problemas. Tiñas que afrontar cousas moi fodidas, situacións límite. Víñache un cun puñal a roubarche e non che quedaba outra. Unha tensión constante. Por calquera bobada, incluso un cigarro ou unha mala palabra, retábante ou ameazaban. Había que ter moita man esquerda, non buscar inimigos. O peor é que metían un rapaz de 20 anos que saía de alí peor e cun caderno de contactos: o que traía paquetes de coca, o que movía, organizábanse atracos. Estabas dentro pensando que farías ao saír, para que non te pillasen de novo. Crías que eras máis listo pero volvías caer. Que cambiou en 1992? Que dixen basta. Vin demasiados amigos arruinados, que saíron do cárcere e non duraban nada. Quixen cortar, cambiar. Pasei varias tempadas, mesmo anos, sen consumir. Tiven tropezos, recaín, pero quería deixar a heroína. Xa había metadona. A maioría tomabamos naltraxona, que te puñas pero non che facía efecto. Pasabas o mono e dábacho a túa familia, vixiando, porque tentabas non tomalo. Pero a primeira vez méteste. "En 1992 dixen basta. Vin demasiados amigos arruinados, que saíron do cárcere e non duraban nada. Quixen cortar, cambiar. Pasei varias tempadas, mesmo anos, sen consumir" Non o crías? (Risas) Caes como un pardillo. Dixéronche: non che vai a facer nada a heroína, é máis, pódeche sentar mal. Pero ti probas. Iso non pode ser, pensas. Ata que o fas e non te pon. Entón pasamos á cocaína. Un desastre. Sexa como sexa, tes que estar convencido de non consumir. Senón non aguantas o 'mono'. Encérraste e aos cinco minutos estás a romper o cadeado. Retiraste no primeiro asalto. A tentación era tan forte? Sempre está aí. Estás ben e, de súpeto, recaes. É moi fácil entrar pero moi difícil saír. Foder, por que despois de catro anos volvín pillar?, preguntas. Nin ti mesmo o sabías. Vólveste enganar, só foi un día, pero cando te decatas volves estar enleado. O máis duro foi empezar de cero. A túa vida era pensar que facer para ter droga. As horas que ocupabas niso estaban agora desertas. Todos os que coñeces andan na historia e sempre están a falar diso. "O máis duro foi empezar de cero. A túa vida era pensar que facer para ter droga. As horas que ocupabas niso estaban agora desertas. Todos os que coñeces andan na historia e sempre están a falar diso" Pasan os anos e en 2006 detéñente outra vez. Que ocorreu aquel día? Tiña unha mala serie e volvera tontear. Quedara cun para un pase cando oio o aviso de que hai policía. Marchei e unhas rúas máis abaixo píllanme. Non tiña nada enriba, pero dicían que viran como lle daba unha papelina por diñeiro. Atopáronlle a droga ao rapaz, que morreu un mes antes do xuízo e non puido testificar, pero tampouco asinou a acta policial. El nunca dixo que lla pasara eu. Cando vin a xefa da Udyco, unha tal Ana, souben que estaba fodido. En comisaría avisoume de que me ían a caer uns aniños. "Non tiña nada enriba, pero dicían que viran como lle daba unha papelina por diñeiro. Atopáronlle a droga ao rapaz, que morreu un mes antes do xuízo e non puido testificar, pero tampouco asinou a acta policial" Pero o diñeiro nunca apareceu? Nunca. No xuízo declararon que llo dei á miña compañeira (Lili, a súa parella, que se atopa ao noso lado durante a conversa). Pero nin a pararon, nin a rexistraron. Nin sequera aparecía reflectida na acta, só cando o meu avogado o apertou sacárono da manga. Pero se o diñeiro escondérao! Dicían que me tiñan vixiado, que me viron vender todos os días, pero resulta que non sabían onde vivía e estabamos a carón. Se fose así terían actas doutros compradores, pero non existían. Como que me beneficio coa droga? A min a droga arruinoume a vida. Encarcéranme por tráfico de drogas e non teño nin un peso, nin coche, nada. Tes a impresión de que estabas xa sentenciado? De que eras un presunto culpable? No xuízo só tiñan o testemuño e foi suficiente. O meu avogado avisoume de que na sección quinta da Audiencia Provincial había dúas posibilidades: ou chegas a un acordo e aceptas catro anos ou entras en sala e condénante. Ti confías que os xuíces vexan falta de consistencia e non te condenen, pero non valía de nada. Eran minucias para eles. Non o quería crer. Como me ían xulgar por unha papelina despois de tanto loitar? "Como que me beneficio coa droga? A min a droga arruinoume a vida. Encarcéranme por tráfico de drogas e non teño nin un duro, nin coche, nada" Ao ser a túa primeira condena, suspéndena coa condición de que non reincidas e esteas baixo tratamento. Como o viviches? Foi como ter un pau no cu. Sabes que calquera estupidez te pode levar ao cárcere. Non podes cometer nin un erro. Esixíanme estar abstinente, facíanme dúas análises semanais en CEDRO, que o xuíz non admitía, e cada seis meses una de pelo do forense. Unha recaída significaba entrar en prisión. Non é lóxico. Calquera profesional recoñece que durante a túa rehabilitación vas ter recaídas. É impepinable, é parte do teu proceso. E tropezaches outra vez en 2009. Tiña moita presión. Quedei cun antigo amigo. Xa estaba fóra dese mundo e non sabía onde pillar. Cando me estaba dando unha papelina, de 10 euros, sorpréndenos a Policía. E outra vez Ana. Como non estaba a vender, non crin que fóra a pasar. É cando me vexo esposado e de camiño a comisaría. Alí díxome: "Esta vez non te libras". Aí souben que non había saída, que ían declarar que eu era o que vendía. "Alí díxome: "Esta vez non te libras". Aí souben que non había saída, que ían declarar que eu era o que vendía" Veste con sete anos de prisión por diante. Como o encaixas? Estaba a facer todo o que me mandaban, pasara seis meses no centro de Alborada, en Tomiño. Os recursos xudiciais veñen de volta, esgótanse. Oito anos cumprindo que non valeron para nada. Todos os informes médicos eran positivos, avalado por profesionais e asociacións, que o peor para min era ir preso. A miña familia nunca me viu tan ben, sufríndome desde os 18. As últimas veces que consumín eran diferentes. Non volvía á rúa. Hoxe estou farto, aquilo superoume hai tempo. Pero á xustiza deulle igual. Non daba crédito. ["E o dano psicolóxico que nos fixeron pasar", exclama Lili, até ese momento calada. "En oito anos envellecemos 20. Non durmiamos pensando cando chegaría o día"] A incerteza matábanos aos poucos. Os indultos, a última esperanza, foran rexeitados. Ves que acabarás entrando, pero non sabes cando. Non sabía moi ben que facer. Díxenlle a Lili: cando saia terei 50 anos, fai a túa vida. Rompíanos en dous. Ata que chega o día e non queres crelo. Vanme facer pagar sete dos mellores anos da miña vida por dúas papelinas! "A incerteza matábanos aos poucos. Os indultos, a última esperanza, foran rexeitados. Ves que acabarás entrando, pero non sabes cando. Non sabía moi ben que facer. Díxenlle a Lili: cando saia terei 50 anos, fai a túa vida. Rompíanos en dous" Tiveches máis medo esta vez que as anteriores? Moito máis, foi moito máis duro. As outras sabía que era culpable. Non tiña unha vida. Aínda que a prensa o amorteceu. Ía de camiño e non paraba de recibir chamadas. Cando cheguei ao cárcere da Lama había moitos vellos amigos esperando na porta. Sorprendeume que causase tanto balbordo. Fun polo aire. Tiveches un recibimento igual de caloroso dentro? Houbo de todo. A maioría coñecían o meu caso. A algúns non lles gustaba que recibise tanta atención. Pero eu non pisaba a ninguén, buscaba a miña liberdade. É máis, creo que o meu caso pode ser válido para outros na miña situación. O que me pasou a min non lle debería pasar a ninguén. Cos días reafírmaste máis. A un narco píllano cunha tonelada e cáenlle menos anos que a ti por unha papelina. "A un narco píllano cunha tonelada e cáenlle menos anos que a ti por unha papelina" Con quen si tiveches algún problema foi coa dirección do penal. Que ocorreu? Non tiven ningún problema, ningunha falta nin negativo. Pero non lles gustou a carta que publiquei na prensa a finais de ano. Calei máis do que me gustou. Só pedín unha atención médica correcta. Antes de entrar tiven a revisión da prótese de cadeira. Tiña a infección un pouco alta e mandáronme unhas analíticas, urxentes. Despois de catro meses aínda non as puiden facer. É para queixarse, non creo que fose tan grave. Pero tomárono como un problema de seguridade. Nalgún momento titubeaches, sentiches o desexo de recaer entre reixas? Para nada. Síntome moi forte. Nin sequera se me pasou pola cabeza, e iso que a situación podía levarme a pensar en tirar todo por terra. Pero non quero volver. Nunca o tiven tan claro. Se estivese só, é moi probable que o fixese. "Cando entrei non sabía a magnitude, estaba impresionado co que me contaba a miña familia nas visitas. Pensaba que sería algo pasaxeiro, pero a xente seguía pelexando. Recuperei a esperanza. Empezas a crer que é posible" Temías defraudar a quen te apoian? Déronme a vida nos días malos, sobre todo en nadal. Cando entrei non sabía a magnitude, estaba impresionado co que me contaba a miña familia nas visitas. Pensaba que sería algo pasaxeiro, pero a xente seguía pelexando. Recuperei a esperanza. Empezas a crer que é posible. Despois decateime da folga de fame de Willy Uribe e, pensei: isto estame superando. Chegábanme cartas de todas partes de España, algunhas que me puxeron a pel de galiña. Convénceste de que o que pides é xusto, de que non es ti, que te enganas unha vez máis. E chegou o indulto parcial. Como te decatas? Estaba no taller de fíos, facendo un debuxo de Mickey, porque estaba a aprender aínda (Sorrí). Tiña a radio acesa e escoiteino, pero non sabía para que condena era. Baixei correndo a chamar. Comunicaba, comunicaba (a prensa chamaba incesantemente nese momento) ata que me colleron na casa. Pero sabían o mesmo que eu. Ata que falei co avogado e confirmoume que era a segunda. Non puiden evitar dar un salto de alegría na cabina. Crees que algún día poderedes arrincar ese estigma? A xente empeza a ver as cousas doutra maneira. Pero outros nunca o entenderán. Todos os que estivemos enganchados tivemos problemas coa xustiza. E pagamos, pero xa pasaron moitos anos. É coma se nunca acabase. Que máis temos que facer para que nos perdoen? Non cometemos ningún delito contra a saúde pública, facémonos dano a nós mesmos. "Que máis temos que facer para que nos perdoen? Non cometemos ningún delito contra a saúde pública, facémonos dano a nós mesmos" Que cárcere foi máis dura, a das drogas ou a de reixas? Sen dúbida a das drogas. Cando vives enganchado estás mal en todas partes. O duro é que tentes facer as cousas ben e te castiguen cando tentas deixar atrás unha vida nas drogas. Un desexo? Ser libre ao fin e que ninguén pague con cárcere ser un enfermo.
NOS_51080
A Coruña converteuse hai unha semana na primeira cidade galega en contar cunha ordenanza de igualdade, unha norma de obrigado cumprimento para a administración que promove, no ámbito local, a igualdade na diversidade e a eliminación de toda forma de discriminación sobre as mulleres e as persoas en xeral por motivo das diversidades existentes. A norma ten xa un precedente na Galiza, a que aprobou en 2018 o Concello de Barbadás. Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.
Unanimidade de voces femininas no pleno e unanimidade no sentido da votación convertían o 3 de outubro A Coruña na primeira das cidades da Galiza en contar cunha ordenanza que regula a igualdade na diversidade. É esta unha ferramenta normativa impulsada polo anterior Goberno municipal e que bota a andar neste mandato co obxectivo de fixar os mecanismos que promovan a igualdade e o respecto polas diversidades no ámbito local; tamén, de eliminar toda forma de discriminación e desigualdade que incida sobre as mulleres e, en xeral, sobre as persoas polas súas diversidades, sexan estas funcionais, de procedencia ou orixe étnica, raciais, culturais ou de tipo afectivo-sexual. Converter, ao cabo, a igualdade e a loita contra as violencias machistas nunha obriga, e non xa unha opción ou unha intención, para os sucesivos Gobernos municipais. O texto, que supón un paso máis alá dos plans de igualdade que rexen no resto de urbes galegas, introduce ademais conceptos da loita feminista como a sororidade, entendida como as relacións de solidariedade e apoio mutuo entre mulleres que fortalecen a súa capacidade de ser e de estar en sociedade, o empoderamento ou a interseccionalidade, en atención ao fenómeno polo cal cada persoa sofre opresión ou ostenta privilexios con base na súa pertenza a múltiples categorías sociais. Atención á diversidade "Un dos nosos obxectivos foi enfocar a ordenanza cara á igualdade na diversidade e incluír conceptos que poidan consolidar accións que xa se estaban a facer na Coruña, como a Escola de Empoderamento Feminista", expón en declaracións a Sermos Galiza Rocío Fraga, quen era a concelleira de Igualdade e Diversidade durante a elaboración e tramitación da ordenanza, no goberno da Marea Atlántica. Como remarca, a ordenanza é o resultado da evolución das políticas de igualdade de todo un mandato, desde a avaliación do Plan de Igualdade existente e elaboración do seguinte á creación dunha instrución de transversalidade de xénero, até chegar a ela. "A ordenanza non é un punto final", razoa a responsábel do texto, do que salienta a súa condición normativa e, polo tanto, de obrigado cumprimento, pero tamén esa vocación de "abrir camiño a través de novos conceptos e de novos xeitos de facer". Silvia Cameán, concelleira na oposición pola mesma formación, concorda: "A igualdade debe ter a máxima atención e recoñecemento por parte das administracións públicas, xa que unha sociedade que pretenda ser avanzada debe contemplar obrigatoriamente o feminismo. A nós, as mulleres, a pesar de tantas incansábeis loitas e conquistas do movemento feminista, aínda nos falta moito por avanzar. Somos nós as que cobramos uns salarios inferiores que os homes, as que facemos triplas xornadas, as que temos máis dificultade para acceder a altos cargos e a espazos de decisión, as que somos violentadas física e psicoloxicamente, as que volvemos pola noite con medo a casa, as asasinadas". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_7613
A Xunta inicia os trámites para adaptar a lexislación galega de horarios comerciais ás novas normas estatais. Establecementos de ata 300 metros cadrados terán a consideración de "pequeno comercio".
Xa están aquí. As medidas de liberalización dos horarios comerciais impostas polo Goberno central a través do Real Decreto lei 20/2012 veñen de iniciar a recta final para a súa aplicación en Galicia. O Consello da Xunta deulle este xoves luz verde ao proxecto normativo co que reformará a Lei de Horarios Comerciais do ano 2006 e que ten como principal novidade que "o pequeno comercio terá liberdade horaria", resume o presidente do Goberno galego. Coa salvidade de que este "concepto" vai ser "ampliado", ata o punto de que os locais cunha superficie de venda de ata 300 metros cadrados serán considerados como "pequeno comercio". Aínda que a norma estatal exclúe desta barra libre os comercios "pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa" -as tendas de Inditex, por exemplo-, a Federación que agrupa as empresas do sector en Galicia xa vén expresando a súa preocupación pola liberalización. O propio presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, xa manifestou a súa oposición á ampliación de horarios, aplicada entre "presións" dos "grandes centros" comerciais e que "non favorece nin os pequenos nin os medianos". "Por traballar máis non se vende máis", abondaba Seijas o pasado xaneiro, quen explica tamén que a liberalización o que provoca son "máis gastos". Terán consideración de pequeno comercio as tendas de ata 300 metros cadrados, que poderán abrir ata 90 horas á semana Neste escenario, no que as tendas poderán ter abertas as súas portas ata 90 horas á semana -isto é, ata doce horas ao día- no que as grandes superficies teñen autorizados dez domingos e festivos de apertura ao ano -o mínimo permitido polo Estado-, se cadra é o malestar no pequeno comercio é o que leva a Xunta a tentar suavizar as normas noutro ámbito: o das sancións. Así, as multas por faltas moi graves -que, segundo o Executivo galego, son as que máis habitualmente cometen os centros comerciais- poden chegar ata un millón de euros, mentres que o máximo das leves pasa de 60.000 a 1.500 euros "pensando nos pequenos e medianos comercios", aseguran. Malia á controversia dende a Xunta asegúrase que este proxecto de lei foi elaborado "tendo en conta as necesidades transmitidas polo sector" e para "avanzar na modernización e dinamización do comercio galego, outorgándolle seguridade xurídica, ao tempo que garante un axeitado nivel de oferta ás persoas consumidoras". Como era de agardar, a reforma pasa por riba peticións da oposición parlamentaria como establecemento dunha taxa específica que grave as grandes superficies ou mesmo o recurso ante o Tribunal Constitucional pola reforma horaria ante a posibilidade de que invada competencias exclusivas da comunidade autónoma.
PRAZA_9482
Tras a durísima campaña electoral que o levou a vitoria Feijóo dispúñase hai agora dez anos a sacar o país da crise. Pero a economía seguiu en recesión e a destrución de emprego continuou nun escenario moito máis complexo que o presentado na campaña electoral. Repasamos algúns dos principais datos destes dez anos
O 1 de marzo de 2009 había quen non o cría. Uns cantos expertos en demoscopia advertiran de era probable e na forza triunfadora as certezas afianzaban dende días antes da cita coas urnas. Pero a incredulidade cundía entre a militancia e a cidadanía partidaria das forzas que gobernaran Galicia na última lexislatura. Despois de apenas tres anos e medio o PP volvía á posición onde case sempre estivera, a maioría absoluta no Parlamento de Galicia.Tras a durísima campaña electoral que o levou a vitoria Feijóo dispúñase a sacar o país da crise. A economía seguiu en recesión ata mediados de 2010 e en 2011 entrou noutra, case tan profunda como a anterior e aínda máis prolongadaTras unha durísima campaña electoral o antigo vicepresidente de Manuel Fraga, Alberto Núñez Feijóo, ía ser o novo presidente da Xunta. O PP apenas aumentara un punto en apoio cidadán e a suma dos partidos da coalición de Goberno, PSdeG e BNG, superábano en case 6.000 votos. Pero os conservadores lograran arrebatarlle un escano ao Bloque na provincia da Coruña, dabondo para volver ter os 38 que lle aseguraban a investidura do seu candidato..Feijóo ía ter a oportunidade de aplicar o Contrato con Galicia que, antes da campaña, anunciara con solemnidade na terraza do Hostal dos Reis Católicos, con vistas á residencia oficial de Monte Pío. Dispúñase, proclamaba, a sacar a Galicia da crise económica e, moi especialmente, a minguar o número de persoas en paro, tan grande que "poderían encher 50 pavillóns deportivos", dixera o PP en campaña. Pero nada era tan rápido nin doado como gañar as eleccións. Galicia estaba nunha profunda crise económica que, como cabía agardar, non desapareceu a mediados de abril de aquel ano, cando o gabinete que encabezaban Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana abandonou San Caetano. A economía galega seguiu en recesión ata mediados de 2010 e en 2011 entrou noutra, case tan profunda como a anterior e aínda máis prolongada no tempo. O Produto Interior Bruto do país non volveu medrar ata niveis semellantes aos anteriores á caída de Lehman Brothers ata o ano 2015.En 2009 a renda per cápita galega era do 88% da media da UE e os datos máis recentes sitúana no 81%Entre as primeiras medidas estrela do novo Goberno do PP figurou o seu Plan Estratéxico da Economía, un documento que prevía que, grazas á boa xestión do Executivo, Galicia recuperase a senda da converxencia con Europa. Isto é, que a renda da poboación galega fose cada vez máis semellante á da media da UE. Pero iso tampouco sucedeu, aínda que Galicia gañou posicións relativas a respecto da contorna xeográfica máis próxima.A renda per cápita de Galicia era o 88% da media continental cando Feijóo chegou ao poder e na súa segunda lexislatura xa descendera ata o 79%. O dato máis recente divulgado por Eurostat, correspondente a 2017, indica que malia á senda ascendente dos anos previos aínda non se recuperou todo o camiño andado e a renda galega é o 81% da media da Unión. Mostra desta disparidade de cifras é que a economía medra case tres veces máis que a renda dos fogares.Galicia seguiu destruíndo emprego ata 2014 e aínda que rematou 2018 creándoo a bo ritmo, os postos de traballo son aínda uns 100.000 menos que hai unha décadaIntimamente vinculado cos datos de crecemento económico están os principais indicadores do mercado laboral. Feijóo limitou en numerosas ocasións a destrución de emprego en Galicia á etapa do Goberno de coalición de socialistas e nacionalistas, aos que adoita atribuír os maiores niveis de paro da historia recente. No entanto, os datos din outra cousa. Galicia seguiu destruíndo emprego ata mediados de 2014, ano no que o paro tocou teito. Non en van, a destrución de postos de traballo no mercado laboral galego chegou a ser posta como exemplo pola UE para ilustrar o sucedido en todo o sur do continente.Os datos máis recentes da Enquisa de Poboación Activa indican que a economía galega xa crea emprego en cantidades relevantes, aínda que o número de postos de traballo segue a estar uns 100.000 por baixo dos que había antes do inicio da crise económica. Esta redución está vinculada, entre outros factores, á perda de poboación activa, unha mingua intimamente ligada ao envellecemento da poboación e tamén á emigración. A demografía é, precisamente, outra das materias pendentes desta década. Posiblemente, a gran materia pendente. Apenas medio cento de concellos galegos gañaron poboación nestes dez anos e os principais indicadores demográficos falan de envellecemento e mingua poboacional. A fenda entre nacementos e mortes é a maior da historia e medidas anunciadas pola Xunta como o novo cheque-bebé ou infraestruturas de coidado como as Casas Niño non semellan, cando de momento, estar a ser capaces de inverter a tendencia. O que si mantivo e mesmo afondou a súa tendencia positiva nestes anos foi o abandono escolar temperán. Esta cifra, que mide a porcentaxe de poboación de entre 18 e 34 anos que seguiu estudando tras rematar a ESO, só aumentou unha vez en termos interanuais dende o ano 2009 e finalizou 2018 un chisco por riba do 14%. O PPdeG adoita atribuírse en exclusiva estes datos, aínda que ao tratarse dun indicado que se constrúe con franxas de oito anos, o certo é que parte do mérito é compartido co goberno de socialistas e nacionalistas, igual que no caso destes os seus datos procedían parcialmente dos tempos de Fraga.Os OrzamentosComo todos os demais gobernos da contorna e mesmo do continente, o galego tamén tivo que aplicar aos seus Orzamentos notables recortes, cuxa existencia Feijóo adoita negar especialmente en eidos sociais, como a sanidade e a educación. O certo é que gran parte das partidas das contas públicas galegas aínda non recuperaran en 2019 os niveis de 2009 e as que o fixeron regresaron a eles tras anos de fortes reducións. Mentres que ao orzamento educativo aínda lle resta un chisco para recuperar todo o perdido (en 2019 quedou arredor dun 2% por baixo do de 2009), os fondos para a sanidade pública si están xa por riba dos que Feijóo atopou ao chegar hai agora dez anos. Isto sucedeu, non obstante, tras oito anos de restricións orzamentarias que sumaron case 1.000 millóns de euros, os cales contribuíron a inchar un malestar que neste décimo aniversario da súa primeira vitoria é para Feijóo unha das principais frontes políticas por resolver.
NOS_9819
Syriza, referente noutrora da esquerda rupturista, naufragou o 26M nas eleccións ao Europarlamento. Ficou 9 puntos por baixo da conservadora Nova Democracia. O horizonte da marca liderada por Tsipras presenta negros nubarróns: todos os inquéritos agoiran que será varrida pola dereita na segunda rolda das municipais, a se realizar este domingo 2 de xuño.
Grecia aproxímase imparábel cara a unha viraxe á dereita, após a falida experiencia da rupturista Syriza no poder. Seriamente comprometida a súa acción de goberno pola súa suxeición á ortodoxia de Bruxelas (hipoteca que impediu a Tsipras levar a termo o seu programa alternativo á axenda neoliberal), a formación esquerdista sofreu unha dura derrota o 26 de maio nas eleccións ao Parlamento europeu: cun magro 24 por cento do voto ficou a 9,3 puntos da gañadora Nova Democracia. A queda de Syriza non se traduciu nun incremento das expectativas electorais do KKE, a formación comunista grega que se mantivo nos seus rexistros habituais, por volta de 5,3 por cento (en realidade, tivo un leve descenso a respecto do 6,11 por cento de 2014). Canto ao PASOK, agora integrado na plataforma Movemento pola Mudanza, o seu resultado deixa ver que continúa pasokizado: só conseguiu 7,72 por cento dos sufraxios. O avanzo de Nova Democracia fíxose en parte sobre a base do recúo do fascista Amencer Dourado, que cedeu 50 por cento do seu electorado, ao pasar do 9,39 de hai 5 anos a un exiguo 4,51 agora. En calquera caso, a derrota levou Tsipras —acosado por unha dereita que lle pediu a demisión—a anunciar o adianto das eleccións xerais. Inicialmente previstas para o mes de outubro, finalmente terán lugar o 7 de xullo. Antes delas haberá unha nova oportunidade para o pobo grego se expresar: este domingo vaise realizar a segunda volta das eleccións municipais. Tampouco nos concellos se agardan boas noticias para Syriza e si un novo avanzo de Nova Democracia.
PRAZA_4044
"O cumprimento das normas e do civismo foi xeneralizado", asegura a Delegación do Goberno central en Galicia, que tamén advirte de que "calquera erro suporía un gran custo" na loita contra a pandemia. Algúns dos principais concellos galegos admiten que cumpriron "advertencias" da Policía Local a pais e nais que saíron en parella ou non respectaron a distancia con outras familias, pero sen chegaren a ser precisas as denuncias
Infancia "modélica" e algunhas excepcións de familias que incumprían a distancia social. É o resumo que a Delegación do Goberno de España en Galicia fai da primeira xornada, a do pasado domingo, na que nenas e nenos puideron saír ao exterior das súas casas tras seis semanas de confinamento para frear os contaxios do coronavirus. Fronte á circulación de fotografías sobre supostos incumprimentos masivos -especialmente de grandes cidades como Madrid ou Barcelona- nas redes sociais e nalgúns medios de comunicación -algunhas delas, cuestionadas polo uso de teleobxectivos, coa consecuente distorsión na percepción da distancia-, a delegación gobernamental falaron este luns en termos de normalidade, agás excepcións."O cumprimento das normas e do civismo foi xeneralizado", asegura Losada, quen tamén advirte de que "calquera erro suporía un gran custo" na loita contra a pandemiaA xuízo do delegado do Executivo central, Javier Losada, tras examinar as actuacións policiais do pasado domingo é posible afirmar que "o comportamento do 99% das galegas e galegos foi modélico". "O cumprimento das normas e do civismo é xeneralizado" e así debe continuar porque, advirte, "calquera erro suporía un gran custo" na loita contra a pandemia e mesmo ter que recuperar restricións, no canto de relaxalas.Admite Losada, así e todo, que Policía e Garda Civil non sancionaron, de entrada, ao observaren eventuais incumprimentos de medidas como a distancia social durante o pasado domingo nas primeiras saídas da infancia. "O labor das forzas e corpos de seguridade do Estado foi eminentemente informativo e, na inmensa maioría da situacións, estivo acompañada pola vontade de colaboración", asegura, nun contexto no que "o comportamento das nenas e nenos foi axeitado en case todo sos casos".Así, no capítulo das excepcións, Losada cita "advertencias informativas vinculadas a grupos de pais e nais que non cumprían coas recomendacións de distancia social de seguridade para evitar contaxios". Neste sentido, o delegado reitera que é "crucial non desandar o andado" e para iso, advirte, é clave que as saídas da infancia respecten a regra de que sexa "un só paseo ao día durante unha hora e a un quilómetro de distancia do domicilio", cunha única persoa adulta ao coidado de nenas e nenos, que non poden saír en grupos de máis de tres.Percepción dos concellosAlgúns dos principais concellos galegos admiten que cumpriron "advertencias" da Policía Local a pais e nais que saíron en parella ou non respectaron a distancia con outras familias, pero sen chegaren a ser precisas as denunciasTamén nalgúns dos principais concellos do país este luns os seus responsables deixaban en excepcións os incumprimentos e reiteraban, non obstante, as chamadas ao cumprimento das normas. Así, por exemplo, na cidade máis poboada de Galicia, Vigo, o seu alcalde aseguraba este luns que valora como "moi bo o comportamento dos pais e nais" o pasado domingo, cando a presenza da Policía Local foi "moi especial e intensa" para vixiar posibles incumprimentos.Segundo Abel Caballero, "predominou o comportamento correcto e os axentes non tiveron que presentar denuncia ningunha" nas súas patrullas por parques infantís e forestais e outras zonas de paseo. Non obstante, o rexedor vigués advirte de que nesta nova fase cómpre aínda "máis atención, precaución e cautela", porque "a desescalada será a etapa máis complexa" e incumprir suporá "dar marcha atrás".En concellos como A Coruña ou Lugo os partes diarios da Policía Local tampouco recollen denuncia ningunha vinculada ás saídas infantís e o mesmo sucede en Santiago. Na capital galega, non obstante, o seu alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, si advertía este luns en rolda de prensa de "aglomeracións" puntuais durante o pasado domingo por parte de pais e nais que atenderon ás advertencias da Policía Local. Así e todo, subliña, eses chamamentos "non substitúen á responsabilidade" individual para evitar contaxios.Xunta e Goberno central apuntaron este luns á posibilidade de establecer franxas horarias para as saídas de menores e, a partir da vindeira semana, da poboación adulta en xeralTamén en Pontevedra o Concello tivo noticia dalgunha "advertencia" puntual a "algún pai ou nai que saíron en parella acompañando os seus fillos, cando a norma indica que só pode saír un", informou a concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde. Así todo, resaltou, a veciñanza en xeral foi "moi responsable e actuou con prudencia", tendo en conta ademais que "a configuración da cidade", cos seus amplos espazos peonís, "favoreceu que se puidese facer dunha maneira máis distendida".A Xunta, pola súa banda, asegurou este luns a través do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ser partidaria de establecer franxas horarias para as saídas das nenas e nenos, así como para as posibles saídas da poboación adulta a partir da vindeira semana. O Goberno galego non sinalara esta proposta nas últimas semanas. Fontes do Ministerio de Sanidade citadas pola Cadena SER apuntan a que o Goberno central compartiu esta posibilidade coas comunidades autónomas este mesmo luns, no marco do Consello Interterritorial de Saúde, no que participou Almuíña.
NOS_13884
O candidato socialista reuniu onte ao seu comité electoral e pide ánimo á vez que se ofrece "para liderar o cambio".
Manuel, Pachi, Vázquez, candidato do PSOE á presidencia da Xunta de Galicia, reuniuse este xoves co seu comité electoral antes do inicio de campaña, onde segundo diversas fontes solicitou a plena mobilización da militancia, que en boa parte pasa por momentos de división e decaemento, e pediu enfrontarse "aos recortes e á resignación". O líder d@s socialistas galeg@s -que abriu campaña en Vigo, onde teñen depositadas moitas das súas esperanzas electorais- compareceu en rolda de prensa xunto aos primeir@s de lista de cada provincia e afirmou que "o PSdeG é a única forza política que pode liderar o cambio en Galicia porque temos a ilusión, forza, ganas e vontade de pilotar este cambio cunha maioría de progreso". Así, pediu o voto "a todos aqueles que aposten por cambiar o sufrimento polo crecemento económico". "Defendemos un goberno que non minta, que non engane masivamente como fixo Feijóo no caso dos contratos de Pemex, da auditoría das caixas, e dos recortes en pensións, sanidade e educación. Apoiar ao PP é apoiar os recortes de prestacións de desemprego, é apoiar os recortes ás becas dos estudantes. Os pensionistas que apoien ao PP estarán apoiando os recortes de pensións e pagar os seus medicamentos", proclamou Pachi Vázquez. Ademais, o candidato socialista -que contará en campaña cunha importante presenza do seu líder a nivel español, Alfredo Pérez Rubalcaba- apostou por unha campaña "limpa, de propostas e de diálogo coas persoas, escoitando as súas demandas, tentando solucionar os seus problemas e explicándolles como queremos conquistar un futuro distinto para Galicia". Por último, o líder do PSOE en Galiza falou da viaxe de Feijóo nun jet privado dun millonario en Uruguai. "Eu só podo dicir que eu fun de Bos Aires a Montevideo en liña regular e clase turista, pero estou seguro de que el dará unha explicación", afirmou.
NOS_44687
O concello advirte que tomará medidas contra un acto non autorizado e a deputación, que en principio patrocinaba o evento, anunciou que retiraba o seu apoio ao tomar conciencia da súa natureza.
Millán Astray foi fundador da Lexión española, amigo persoal de Franco e un xeneral franquista que chegou a procurador nas Cortes entre 1943 e 1954. O corpo militar que creou en 1920 tiña como obxectivo principal manter as colonias españolas no norte de África. Alí actuaron a 'sangue e lume', como despois farían xa na Guerra civil ao seu paso por Sevilla, Cádiz, Badaxoz… onde a pegada de terror perviviu anos. Unha organización de antigos lexionarios organizou en Barro, na comarca de Pontevedra, unha homenaxe a Millán Astray, as 'IV Maniobras simuladas Millán Astray' entre 28 e 30 de abril. A polémica non tardou en xurdir. Os cartaces anunciadores contiñan como colaboradores a, ademais do Ministerio de Defensa, a Deputación de Pontevedra. Desde a entidade provincial axiña se desmarcaron e anunciaron, como recolle Pontevedra Viva, que retiraban a súa colaboración co encontro. A axuda limitouse á impresión de 200 cartaces, "da mesma forma que se fai co resto de solicitudes de colectivos e asociacións da provincia cando piden cartelería para a realización de actividades sociais, culturais, recreativas ou deportivas". Aseguran que na solicitude de colaboración os organizadores non comunicaron "en momento algún a verdadeira natureza do evento de homenaxe a Millán Astray, nin o nome da xornada". A institución provincial esixiu á organización a retirada da publicidade institucional dos cartaces de divulgación do evento e expresou o seu malestar por non ser informada con veracidade sobre o contido da actividade. Ademais, desde o Concello de Barro advertiron que estas manobras de antigos lexionarios, previstas no parque de Barosa, "non dispoñen de autorización". O goberno local, liderado por Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG), remitiu unha comunicación aos organizadores instándoos que se absteñan de realizar este evento e, ao mesmo tempo, solicitaron á Subdelegación do Goberno, que se tomen as "medidas oportunas" para evitar que teña lugar.
PRAZA_4538
Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros e impulsor da denuncia polo reparto "arbitrario e clientelar" de subvencións, explica as formas do presidente e a "marxinación" que segundo el exerce sobre concellos independentes e incluso entre os seus 'inimigos' no PP.
Narón, Teo e Oleiros presentaron senllas denuncias ante o xulgado do contencioso administrativo contra a Deputación da Coruña polo que consideran un reparto "arbitrario, clientelar e ilegal" de case 18 millóns de euros que o ente provincial asignou a determinados municipios sen convocatoria pública, de maneira directa e a través de convenios unilaterais. Unhas partidas que deixaron fóra, curiosamente, a todos as localidades da provincia gobernadas por partidos independentes ou que non son o PP, o PSdeG ou o BNG, ademais dalgún máis da formación conservadora. Son tres denuncias pero coordinadas e cun argumentario común, logo do acordo ao que chegaron os alcaldes dos tres municipios -que xuntan máis de 90.000 habitantes- para plantarlle cara ao que consideran "unha marxinación e exclusión sen motivo ningún" por parte de Diego Calvo, presidente da Deputación, ao que cualifican de "responsable" desta situación. "El é o culpable porque a idea sae del", explica Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros por Alternativa dos Veciños, que foi o primeiro en alzar la voz contra o que considera unha actuación "clientelar e ilegal" por parte do ente provincial. O alcalde de Oleiros impulsou a denuncia do reparto "clientelar e ilegal" de subvencións na Deputación á que se uniron Teo e Narón O pasado 22 de novembro denunciouno a berros e en público no pleno do organismo para tamén presentar alegacións ao reparto discrecional, en dúas partidas, de 18 millóns de euros. Fóronlle rexeitadas e decidiu acudir á Xustiza nunha denuncia á que se uniron Teo, gobernado por Anova, e Narón, por Terra Galega, e á que tamén tiña previsto unirse Ordes, cuxo rexedor é dun grupo independente, pero que se botou atrás, segundo o alcalde de Oleiros "porque o calaron con cartos". "Pero ese non é o xeito; o que debe facer a Deputación é sacar unha convocatoria oficial e non pecharlle a boca aos críticos con cartos", denuncia García Seoane. O rexedor denuncia que a Deputación "pechoulle a boca con cartos" ao Concello de Ordes, crítico tamén nun principio co reparto de fondos "Os tres concellos imos ao xulgado porque cremos que temos razón e que a lei nos ampara", di o rexedor oleirense, que lembra que os presidentes de deputacións "teñen potestado para facer convenios unilaterais, pero puntuais e moi determinados" cando xorde algún problema peculiar. "O que non se pode facer é 85 convenios marxinando sempre os mesmos; se o que se quere facer é unha doazón excepcional a determinados municipios, hai que facer un plan, que é o que sempre dixo a lei de réxime local e que a lei que agora se aproba referenda aínda máis", insiste. "Non se poden poñer en marcha estes convenios sen que se cumpran os principios de publicidade, concorrencia e igualdade que marca a normativa", di. "PP, PSdeG e BNG reúnense e repártense os cartos e os demais quedan sen nada", censura quen acusa a Calvo de "facer que os outros partidos traguen" García Seoane vai máis aló: "Aquí reúnense os tres grupos políticos maioritarios, repártense os cartos e os demais quedan sen nada... E son máis de 200 convenios nun ano". Para o rexedor de Oleiros, o responsable e o presidente da Deputación, que "fai que os outros partidos traguen repartíndolles diñeiro a todos", tras lembrar que o PP goberna na inmensa maioría dos concellos da provincia (máis de 60). "Todos os concellos que non están gobernados por PP, PSdeG ou BNG quedaron excluídos. Vaia casualidade, non si?", pregúntase, tras advertir de que Diego Calvo tamén "decidiu marxinar cinco concellos do PP por clara animadversión persoal cara aos seus alcaldes". Refírese a Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Moeche, As Somozas e Cedeira, ademais de Toques, municipio onde independentes e populares alternan a alcaldía. "Para non darlle ás ou protagonismo ao independente, deixan a localidade sen subvencións", denuncia. Oleiros denuncia que Diego Calvo excluíu do reparto de axudas a cinco concellos do PP "pola súa animadversión persoal cara aos seus alcaldes" Para García Seoane, a táctica do PP na Deputación é clara. "Sácanme recursos e danme leña, a min e a outros alcaldes de concellos gobernados por independentes, para dificultar o traballo e evitar que luza a nosa xestión". Unha forma de afogar os municipios e marxinalos fronte ao resto, maioritariamente dirixidos por rexedores populares. No seu caso, cre que vén de lonxe. "Aos tres grandes partidos moléstalles que nunca puideran tomar Oleiros", remata.
NOS_21619
A sétima edición dos premios Follas Novas do Libro Galego decorrerá o vindeiro 7 de maio no Teatro Principal, e na gala daranse cita os 45 finalistas das 12 categorías estabelecidas.
Os premios Follas Novas do Libro Galego de 2022 galardoarán as traxectorias de Xesús Alonso Montero, Ana Luisa Amaral e a Libraría Cronopios. Ademais, concederanse os premios ás 12 obras gañadoras das diferentes categorías. No acto de presentación, celebrado no Teatro Principal de Santiago de Compostela, participaron os representantes das tres entidades organizadoras: o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez; o presidente da Asociación Galega de Editoras (AGE), Henrique Alvarellos, e o presidente da Federación de Librerías de Galicia, Ramón Domínguez. Celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, unha das fortalezas da industria editorial galega Tamén acudiu á rolda de prensa o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que valorou o "impulso" que, segundo el, recibiu o sector do libro por parte da Xunta. A sétima edición dos premios Follas Novas do Libro Galego decorrerá o vindeiro 7 de maio no Teatro Principal, e na gala daranse cita os 45 finalistas das 12 categorías estabelecidas. Premios á traxectoria profesional O presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, foi o encargado de confirmar os gañadores dos premios á traxectoria profesional. En primeiro lugar, a premiada pola AELG co premio Universal será a poetisa portugesa Ana Luísa Amaral. Miguel Sande gaña o Johán Carballeira de Poesía con 'Brinde e desespero' Cesáreo Sánchez Iglesias: "A obra é unha viaxe a unha terra que é unha galaxia de culturas, de crenzas e de idiomas" A Asociación Galega de Escritores (AGE) decidiu condecorar a traxectoria de Xesús Alonso Montero, por ser un dos "piares da investigación e do sistema literario", como explicou o presidente de AGE, Henrique Alvarellos. Por último, a Federación de Librarías da Galiza é a Libraría Cronopios, fundada por Mercedes Corbillón que, segundo Ramón Domínguez, destaca pola súa "exemplaridade" no sector.