ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_15640
Facenda rebaixa de novo vinte puntos o cálculo da porcentaxe de investimentos sociais nos Orzamentos galegos a respecto do publicitado por Feijóo.
O Goberno galego presentou os derradeiros orzamentos da Xunta, os deste 2016, como os do "novo impulso social". Pouco despois de reestruturar o seu gabinete e crear nel a Consellería de Política Social, novo departamento 'estrela' da Xunta con José Manuel Rey á fronte, Alberto Núñez Feijóo anunciaba un incremento superior aos 280 millóns nas partidas sociais que, salientaba, aumentaba a súa dotación e mantiña o peso do investimento social na contorna do 80% do orzamento. No entanto, un ano máis o Ministerio de Facenda vén de desmentir o anunciado pola Xunta, e onde dende San Caetano se fala de "oito de cada dez euros" en investimentos sociais o Estado só conta seis, unha diferenza duns vinte puntos nun peso que, ademais, segundo o departamento de Cristóbal Montoro é inferior ao de 2015. Nos últimos días do ano Facenda fixo público o informe no que anualmente analiza os orzamentos de todas as comunidades autónomas en termos homoxéneos. Como en exercicios anteriores, a lectura das cifras difire notablemente da realizada pola Xunta. Segundo o documento do departamento Ministerial, as partidas de "sanidade, educación e acción social" representan o 60,72% do orzamento galego para o ano que vén de comezar. Esta, indica, é unha "porcentaxe inferior á rexistrada no exercicio anterior, no que acadou o 61,15%". A Xunta reitera que os fondos sociais supoñen o 80% do orzamento pero Facenda rebáixao vinte puntos A disparidade de versións é menor no que atinxe aos incrementos absolutos das partidas. Así, o informe reflicte que a área de sanidade incrementou un 2,88% o seu orzamento e a de educación, un 4,88%. A Acción Social, pola súa banda, indica, gañou un 14,72%. Traducido a cartos, resume, "a suma destas políticas experimenta un aumento de 271,2", uns dez millóns menos do indicado pola Xunta. O incremento no gasto na lei de dependencia débese á fin da moratoria na atención a persoas cualificadas como dependentes de grao un Ademais de ofrecer as cifras da distribución funcional do orzamento o Ministerio especifica tamén a razón dalgúns dos incrementos orzamentarios no eido social. Neste sentido, Facenda subliña que "convén facer mención" a que dende o 1 de xullo do pasado 2015 caducou a moratoria que, incluída nun dos paquetes de recortes do Goberno de España, deixou fóra do sistema de atención á dependencia ás "persoas valoradas co grao I Dependencia moderada". Esta é a razón pola que o programa de atención á dependencia tivo que ser incrementado en máis de 9 millóns de euros, resalta, nun contexto no que tamén contabiliza o crecemento de algo máis dun millón de euros na partida de loita contra a exclusión social. Mentres, na banda sanitaria, boa parte do incremento vai para sufragar o sistema de colaboración público-privada do novo hospital de Vigo, como informou Praza.gal. Alén do eido social Facenda salienta o incremento de 83,1 millóns de euros na función destinada a atender a débeda pública, un incremento do 5,48% que chega despois da diminución superior ao 25% que o Ministerio certificou nos orzamentos do pasado ano. Tamén, indica o departamento estatal, "destaca o crecemento" na función de pesca -gaña máis dun 80%-, e mais na función de Industria, Enerxía e Minaría, que medra case un 60% a respecto de 2015.
NOS_19377
"Non queremos un hospital privado", baixo este berro percorreron as rúas Vigo entre 4.000 e 5.000 persoas –segundo datos da organización- na mobilización convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi.
Entre 4.000 e 5.000 persoas, segundo a organización, participaron na mañá do domingo na manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi contra o modelo privatizado do novo hospital de Vigo, dados os recortes en material e en servizos que sofren as persoas usuarias. A Xunta de Persoal rexeita o modelo sanitario do novo hospital e reivindica un centro "cento por cento público". Segundo recolle Europa Press, o portavoz de SOS Sanidade Pública de Vigo e membro da Xunta de Persoal pola CIG, Manuel González, sinalou que "as cousas que están pasando nos últimos meses responden a que a empresa concesionaria busca o beneficio propio". Ademais, Manuel González denunciou que o hospital careza de laboratorio central, "isto provoca que as analíticas de resposta rápida non se dan feito e que, polo tanto, xa non haxa unha resposta inmediata". Ademais, critica que Microbioloxía non estea illada do resto de laboratorios, "co que hai un risco de poder sufrir contaminacións". Os sindicatos denuncian que as políticas aplicadas polo novo conselleiro de Sanidade "son as mesmas" e "non van solucionar nada" En relación ao novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, afirmou que, aínda que a Xunta de Persoal detectou un "cambio de talante", as políticas aplicadas "son as mesmas" e "non van solucionar nada". Na mobilización participaron sindicatos como CCOO e a CIG e representantes políticos, entre os que se atopaba a cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega, Carme Adán.
NOS_30341
Un informe do Servizo de Conservación da Natureza, dado a coñecer por Adega, consideraba esa actuación "ambientalmente incompatíbel coa conservación dos hábitats e especies presentes"
A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) vén de dar a coñecer un informe técnico do Servizo de Conservación da Natureza que lles achegou o Valedor do Pobo dentro do proceso aberto polo colectivo logo de ter denunciado diante da Fiscalía e da Comisión Europea as irregularidades cometidas pola Xunta e o Ministerio no dragado da ría de Ferrol". O informe, que Adega afirma que foi "reiteradamente ocultado pola Xunta", considera o dragado "ambientalmente incompatíbel coa conservación dos hábitats e especies presentes", nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. A asociación denuncia que, "primeiro, Xunta e Portos aproban un proxecto sen os informes preceitivos". Logo de comenzadas as obras, "a Xunta cociña unha autorización ambiental para "salvar a cara" baseada nun suposto informe técnico, documento que non figura no expediente". Recomendaba non facer as obras E finalmente, incide Adega, coas obras xa rematadas aparece o devandito informe que, "curiosamente, recomendaba a non execución da obra polos seus impactos sobre hábitats e especies en perigo de extinción".
NOS_28293
A Plataforma Cultura Ferrolterra convoca mañá ás 12 horas a profesionais e cidadanía xeral.
O sector da cultura da comarca de Ferrolterra vén de organizarse arredor da Plataforma Cultura Ferrolterra e convocar un acto reivindicativo para mañá ás 12 horas. Artistas da comarca, traballadoras e traballadores do sector das artes en vivo e dos eventos reúnense neste colectivo que xorde para facer súas diversas reivindicacións do ámbito, incluídas as da campaña internacional Alerta Vermella. que pide un tratamento de atención para o eido cultural e os eventos no marco da crise provocada pola pandemia. A Plataforma Cultura Ferroltera convocou as persoas profesionais do sector e á cidadanía xeral a participar hoxe nun acto público de reivindicación na praza de Armas de Ferrol co lema "Aposta pola cultura local". Manifesto sobre demandas do tecido asociativo O manifesto da plataforma neste acto fundaméntase sobre a base de diversos comunicados e documentos que nos últimos tempos o tecido asociativo da cultura difundiu publicamente, entre eles os das asociacións galegas Clubtura e Escena Galega. Neste documento a plataforma de Ferrolterra propón unha listaxe de medidas paliativas para o sector ante este contexto de crise, baseadas nas "52 medidas extraordinarias para afrontar a crise sanitaria provocada pola Covid-19 no sector das artes escénicas e a Música", un texto desenvolvido por múltiplas asociación sectoriais de todo o Estado, entre as que se atopa a Asociación Galega de Actores e Actrices. Estas ideas de carácter global conxúganse con outras que beben da realidade comarcal. O colectivo divide as medidas entre aquelas que teñen a ver coa contratación pública -por exemplo, pago anticipado de funcións suspendidas ou que se abonen de forma inmediata os servizos prestados-, as que encadra máis no laboral e de seguridade social -coa longa reivindicación, amplamente secundada, cun Estatuto do artista que responda ás necesidades reais da profesión, se cabe máis precarizada nestes momentos-; medidas de financiamento empresarial e medidas arredor das subvencións públicas -axilización dos pagos das axudas concedidas ou ampliación de prazos de execución-, así como outras de fomento da actividade, coordinadas entre as diferentes Administracións.
NOS_3
O prezo mínimo desta segunda feira, segundo os datos proporcionados pola Red Eléctrica de España, deuse entre as 3 e as 4 horas, mentres que o máximo volverá ser de 20 a 21 horas.
O prezo medio da electricidade no mercado maiorista ascendeu nesta segunda feira até os 286,13 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Red Eléctrica de España. Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase, de xeito semellante ao doutras xornadas, entre as 20 e as 21 horas, con 451,56 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 258,47 euros/MWh, rexistrouse entre as 4 e as 5 horas desta madrugada. Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 235,78 euros/MWh. A luz fechou 2021 como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. Con todo, no que vai de 2022 o prezo medio sitúase na contorna dos 229 euros/MWh, máis do dobre que o exercicio anterior. En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta quinta feira é 548,58% superior aos 42,98 euros/MWh do 21 de marzo de 2021. É dicir, é seis veces máis caro que hai un ano. Prezo do gas hoxe, 21 de marzo Os contratos de futuros do gas natural negociados na plataforma holandesa TTF cotizaban este domingo arredor dos 105,25 euros/MWh, con picos que chegaron até os 110,5 euros, Nesa liña, o día previo á invasión rusa de Ucraína o prezo do gas en España cotizaba por baixo dos 80 euros/MWh, mentres que hoxe está en 98,01 euros/MWh, o que supón un aumento de 1,45%% fronte ao rexistro desta fin de semana (96,61 euros/MWh), segundo os datos do Mercado Ibérico do Gas (Mibgas).
PRAZA_5199
O IGAPE é un zombi que se arrastra polo economía galega, mingua os seus orzamentos ano tras anos e ten por función pouco máis que dar subvencións a empresas que logo do tempo de rigor liscan do país. Por iso, é o momento oportuno para a súa transformación nun Instituto galego de Crédito e Investimento, como xa teñen Cataluña ou Euskadi.
Galiza atravesa un dos seus peores momentos financeiros. Podemos afirmar rotundamente que xa non existe ningunha entidade financeira galega Galiza atravesa un dos seus peores momentos financeiros. Podemos afirmar rotundamente que xa non existe ningunha entidade financeira galega. Co silencio dalgúns e a axuda cómplice de Feijóo os aforros dos galegos e galegas, gardados durante décadas nas antigas caixas de aforro, vendéronse antes de prazo e con grandes beneficios para o comprador. De feito, dos 8.981 millóns de axudas públicas que recibiu NCG Banco só se recuperarán 728 millóns de euros. Isto supón que só se reintegrará un 8% do diñeiro público que se empregou para sanear a entidade. Como tantas veces repetimos, unha ganga total para o comprador e unha ruína para o país. Este roubo de poder financeiro ven acompañado dunha planificada perda de poder político e dun desmantelamento do tecido industrial Este espolio parabenizado polo goberno galego ten como contrapartida unha restrición de crédito inaudita que fai que a nosa terra sexa despois de Estremadura, a comunidade onde o peso do crédito é menor. Os galegos e galegas seguen aforrando chegando aos 56.157 millóns de depósitos en decembro de 2013, mentres sofremos o descenso mais intenso no peso do crédito estatal, exactamente nun 12,6%. Este roubo de poder financeiro ven acompañado dunha planificada perda de poder político e dun desmantelamento do tecido industrial. Ante a negativa do PP de transformar NCG Banco nunha Banca Pública Galega agora compre dar outro debate. Necesitamos algún mecanismo de financiamento do tecido empresarial que sobrevive ao naufraxio e do que se pretende crear con ese nome de emprendemento? Se consideramos que si, agora é o momento. O IGAPE é un zombi que se arrastra polo economía galega, mingua os seus orzamentos ano tras anos e ten por función pouco máis que dar subvencións a empresas que logo do tempo de rigor liscan do país. Por iso, é o momento oportuno para a súa transformación nun Instituto galego de Crédito e Investimento, como xa teñen Cataluña ou Euskadi. É o momento oportuno para a súa transformación nun Instituto galego de Crédito e Investimento, como xa teñen Cataluña ou Euskadi Esta entidade pública debe ter un dobre obxectivo. En primeiro lugar, reactivar o crédito para as pequenas e medianas empresas do país. En segundo, constituír unha Corporación Industrial Pública que supere a política de subvencións da administración pública a empresas privadas para desentenderse completamente da súa xestión posterior. Exemplos como T-Solar, Freiremar, Pescanova, Alimentos Lacteos ou Infinita Renovables son moi recentes e ilustrativos de como os millóns de euros públicos da administración non garanten o emprego nin a permanencia das empresas no noso territorio. O meu profesor de filosofía no Bacharelato sempre dicía que as ideas teñen que ter "patiñas" para camiñar. A min seméllame unha metáfora acaída para os momentos que vivimos. Reclamar o público necesita de formulas lexislativas e administrativas que lle dean sentido e peso á planificación económica galega. Reclamar o público necesita de formulas lexislativas e administrativas que lle dean sentido e peso á planificación económica galega Reclamar Soberanía para Galiza necesita de instrumentos que a vehiculicen en todos os ámbitos da vida política. Desde Bóveda sabemos da importancia que ten para a construción dunha nación o seu sistema financeiro. Os que fixeron desaparecer o noso tamén o saben. De feito, aínda manteñen as celebracións por tan grande empresa. Ideas e patiñas en tempos convulsos que arrasan Galiza. A proposta dun IGCI é unha idea con moitas patas propias para camiñar. O seu rexeitamento é a expresión desta dereita galega sumida na vontade de Tánatos.
NOS_37570
Acusada de desviar ao paraíso fiscal de Jersey parte dos beneficios obtidos na Galiza.
A Federación REDE de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia, a través da súa asociada Vellez Digna, presentou unha denuncia diante da Axencia Tributaria contra a sociedade GeriaVi S.A.U, ao entender que "existen indicios de delitos contra a Facenda Pública polo menos na participación desta entidade nunha trama internacional tendente, presuntamente, a eludir as leis ou normativas que regulan os impostos, para obter uns beneficios impropios'. GeriaVi, con sede social en Vigo, é a matriz no Estado español da multinacional DomusVi, marca líder da xestión de residencias para maiores e dependentes e unha das compañías máis potentes no mundo no sector sociosanitario, con negocios en tres continentes, propiedade de dous fondos de inversión, o británico Intermediate Capital Group (ICG), con sede en Londres, e o francés Société d'Investissements DVH (SIDVH), con sede en Antibes. Segundo sinalan desde REDE, "GeriaVi é a matriz de 58 filiais, 53 no Estado español, catro en Portugal e unha en América. Unha peza máis na engrenaxe de sociedades da multinacional DomusVi que pasa polos polo Estado español, Francia, Luxemburgo e Jersey,precisamente nesta illa fiscalmente opaca radica a derradeira entidade da trama". Ao tempo, o colectivo de familiares de usuarios das residencias destacan que entre calquera das 138 residencias de DomusVi no Estado esa derradeira sociedade de Jersey, interponse unha rede de sociedades de máis de 20 compañías. Boa parte non ten empregados e creáronse por motivos exclusivos de enxeñeira financeira, isto é non pagar impostos no Estado español e Francia, e trasladar as ganancias a Jersey, onde a taxa do xuro de sociedades é do 0%". A denuncia formulada por Rede diante da Delegación Especial da Galiza da Axencia Tributaria e dirixido á Dependencia Rexional de Inspección apuntan a "a creación e desenvolvemento dunha estrutura de enxeñería financeira, na que participa GeriaVi, que pode traducirse nunha conduta ilícita con resultado de fraude fiscal ou evasión de impostos, ó sobrevalorar conceptos deducíbeis co fin de reducir o pago dunha obriga tributaria con respecto ó que legalmente lle correspondería". As entidades de familiares dos usuarios das residencias perseguen coa súa denuncia, formulada "en base ás informacións de infoLibre", que a Axencia Tributaria investigue si DomusVi está a cometer un delito, continuado, de evasión fiscal, "e en todo caso de gravísima infracción da normativa tributaria española", como sinala o avogado que representa na denuncia ás colectivos galegos de familiares de usuarias de residencias, Xoán Antón Pérez-Lema. "As informacións de infoLibre son precisas, ilustrativas e tamén alarmantes, porque ademais afectan a sociedades cunha alta porcentaxe de acordos, convenios ou concertacións coas administracións públicas en todo o Estado español; é necesario, polo tanto, que se abran as actuacións de inspección pertinentes dos exercicios que cumpran, que se lles fagan as comprobacións e que se lles requira a documentación correspondentes, que poidan presentar alegacións en plena igualdade xurídica, e que se determinen sancións, si cabe", sinala Pérez-Lema. O presidente de Rede, Paulino Campo considere necesaria unha explicación por parte da conselleira delegada de GeriaVi, Josefina Fernández Miguélez."Josefina Fernández non se mostra en público dende a aparición da pandemia nas residencias no Estado español, onde o grupo DomusVi mostra uns datos horrorosos, con centos de anciáns falecidos. Outros centos de querelas presentadas nos xulgados por familiares das vítimas adornan a atroz dilixencia de Fernández", sinala Campo.
PRAZA_1963
A conselleira comparecerá no Parlamento para explicar o errático traslado ao novo hospital, malia que a oposición reclama que dea explicacións o presidente, que considera unha "irresponsabilidade" a convocatoria da masiva marcha contra os recortes e pola sanidade pública
Feijóo agóchase tras a conselleira Mosquera á hora de dar explicacións sobre a caótica situación do novo hospital de Vigo e logo da multitudinaria manifestación que este xoves ateigou a cidade. Malia as protestas da oposición, que reclama que o presidente dea a cara, o Goberno galego xa rexistrara antes da masiva marcha unha petición de comparecencia da titualr de Sanidade, que debería levarse a cabo o martes 15 de setembro, un día despois da presumible reanudación do traslado que foi paralizado pola contaminación do aire no Álvaro Cunqueiro e logo de que a unha doente falecida lle fose detectado asperxilo. Mosquera comparecerá no Parlamento para explicar o errático traslado ao novo hospital de Vigo pero a oposición pide que Feijóo dea a cara Pero á oposición non lle vale. O PSdeG xa vén de deixar claro que non acepta que Feijóo se agoche tras unha conselleira "que xa está amortizada", tal e como aclarou este venres o seu voceiro parlamentario, José Luis Méndez Romeu. "Feijoo ten que escoitar, corrixir a súa actuación e reverter a privatización", pediu o portavoz, tras criticar o "modelo sanitario" do PP, causante -segundo dixo- de problemáticas como as que se están a dar en Vigo. Ao tempo, nin o PP nin a Xunta parecen darse por aludidos ante unha manifestación que puido xuntar, segundo convocantes e policía local, unhas 200.000 persoas en Vigo. Non obstante, o vicepresidente da Xunta e número dous do PPdeG, Alfonso Rueda, cre que "hai que ter en conta especialmente" unha marcha tan multitudinaria e na que "a maioría estaba alí de boa fe". "A Xunta de Galicia está de acordo cos que onte demandaban unha sanidade pública e de calidade", dixo. Non pensa o mesmo Feijóo. Rueda cre que "hai que ter en conta especialmente" a manifestación, mentres Feijóo ve "irresponsable" convocala O xefe do Executivo considerou "unha irresponsabilidade" a convocatoria da manifestación por terse producido nun momento no que "todos" debían estar centrados no traslado. "Alá eles e a súa irresponsabilidade", insistiu Feijóo, nunha visita á zona afectada polo último grande incendio en Ourense, en referencia a "aqueles que aproveitaron a ocasión para convocar esta marcha durante o traslado". "Estamos absolutamente convencidos de que a sanidade pública é un obxectio irrenunciable para os gobernos", engadiu o presidente autonómico, logo de mostrar o seu compromiso co "prestixio da sanidade pública de Vigo" e cos "profesionais". Case a un tempo, o PP abandonou o pleno da Deputación de Pontevedra xusto antes de se debater unha moción do Álvaro Cunqueiro.
NOS_12895
Unha vez aprobado por Twitter o inio do proceso de tradución a falta de tradutor@s podería deixar a rede social sen a versión en lingua galega.
Carlos García, estudante de Políticas da USC, foi o responsábel de crear unha conta en Twitter, @twitter_en_galego, e mobilizar esta rede social para que #twitterengalego fose máis unha vez "hastag" ou tema do día. Cando comezou en maio de 2011 tiña moi claro que a idea era "conseguir que a rede social Twitter puxera a disposición dos seus usuarios o uso da lingua galega a igual que a rede Facebook". Despois das numerosas campañas realizadas reivindicando un dereito do que xa dispoñen outras nacións como a vasca ou a catalá, chegou a ter unha grande acollida con máis de 15.000 adhesións no mes de setembro e 16.297 na actualidade. Logo viría a aprobación por parte de Twitter do inicio do proceso de tradución e a oportunista adhesión da propia Xunta que quixo estar presente no último chanzo para conseguir a galeguización desta rede social. Periga o Twitter en galego Segundo Carlos García "a tradución aflouxou nos últimos días e pode que perdamos a oportunidade de ter o Twitter en galego". Por este motivo lanzou outra campaña para que se finalice o proceso e non se perda esta única oportunidade para a nosa lingua. Entre as idea que vai poñer en marcha en breve esta unha páxina web. Recoñece que "na tradución hai varios apartados nos que Twitter pide que valores se algunhas palabras son malsonantes, que recomendes contas e ao final traduzas un glosario que é a parte máis complicada". Cada paso é máis complicado ca o anterior e "no último apartado, aberto hai tan só unha semana, e hai dificultades pola complexidade que ten". Por este motivo solicita "o apoio de xente que entenda informática". Para traducir o Twitter ao galego compren tamén persoas que entendan de informática. Twitter galeguiza se hai tradutores Para que Twitter faga a tradución total da súa rede compre que haxa tradutor@s entre @s usuari@s. Para comezar a traducir hai que entrar en "Sign in with Twitter" e aceptar as condicións "Translation Agreement". Logo escollemos a lingua para traducir "Choose your language" (Galician/Galego) e xa se pode comezar. Canta máis xente traballe na tradución mellor. Como explica Carlos García "se @translator non ve un gran número de tradutor@s dunha lingua non a traduce, pola simple razón de que non hai ninguén que o faga".
NOS_9431
Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
chamarse de Covas.- Desentenderse dun asunto.Exemplo.- "Cando foi de pagar a cea, chamouse de Covas e foi ao baño."Lugar de escoita.- Burela.Fonte.- Mario Ferreira.Outros apuntamentos.- A fonte apunta que non sabe ben se a expresión se refire ao topónimo viveirense de Covas ou ao apelido dunha familia rica que tiña señorío na parroquia focense de Nois. O certo é que, quen oficia de compilador ten escoitado algo parecido pola zona... desamitirse.- Despreocuparse, desentenderse, desvincularse.Exemplos.- "Desamitiuse dela", "Eu desamítome diso."Lugar de escoita.- San Martiño e Santo Adrán de Cobres (Vilaboa do Morrazo).Fonte.- Sé Anxo Rosales González. esboucinchar(se).- Esparexer(se), espallar(se), estender(se), esparrar(se).Exemplo.- "Ese queixo esboucinchouse."Lugar de escoita.- Pombeiro (Pantón).Fonte.- Antonio Reigosa. Palabras con memoria: arroupándose garuto.- Nada.Exemplo.- "Non come garuto", "Non vale garuto."Lugar de escoita.- Nois (A Mariña luguesa).Fonte.- Marcos Candia. matulo.- Envoltorio máis ou menos voluminoso, de contido descoñecido.Exemplo.- "Levaba un matulo na cabeza."Lugar de escoita.- Gondaísque (Terra Cha).Fonte.- Antonio Eimil. polo corolario.- Por regra xeral.Exemplo.- "Polo corolario as mimosas florecen en xaneiro". "Polo corolario o carteiro chega ás doce."Lugar de escoita.- Xove (Mariña luguesa).Fonte.- Marica Campo.
NOS_12337
Broa presenta un adianto do seu próximo disco, Cucú, que verá a luz a comezos de 2020.
Cucú é o primeiro adianto no novo e primeiro disco de Broa, que chega cun videoclip dirixido por Xaime Miranda. Broa é un power-trío de recente creación, amasado coas inquedanzas de distintos músicos que veñen de formacións como Machina, Morgen, Ruxe Ruxe ou Presencia Zero. "A broa é de textura áspera con engurras que mal tocadas poden magoar mais no seu interior é doce e tenra", describe o grupo. De igual xeito, o primeiro disco de Broa, "é un produto á vez doce e salgado; tenro e salvaxe mais sobre todo auténtico que non te deixará indiferente". Cocido a lume lento durante os últimos 4 anos, chegará cos 11 cortes de mesturas na onda do Stoner ao New-Metal co vertixinoso Punk e Hardcore onde as melodías pop atopan refuxio. Cucú verá a luz a comezos de 2020.
PRAZA_5227
A CIG esixe a retirada de Teresa Baró do curso Linguaxe non verbal para comunicadores, que recibirán os e as traballadoras da CRTVG. Esta experta en comunicación persoal defende que "as mulleres sempre nos sentimos atraídas por homes fortes, que nos poidan protexer e proporcionarnos un status social"
Os vindeiros días 8, 9, 22 e 23 de abril, os es as traballadoras da CRTVG poderán asistir a un curso sobre Linguaxe non verbal para comunicadores, enmarcado na programación de actividades formativas a disposición do persoal do ente público. O curso será impartido por Felicísimo Valbuena, catedrático da Universidad Complutense, e Teresa Baró, trainer en habilidades de comunicación. A presenza desta experta en comunicación persoal está a xerar polémica e xa motivou unha denuncia por parte da CIG, que solicita a retirada desta docente do curso. "As mulleres sempre nos sentimos atraídas por homes fortes e valentes, con boa saúde, que nos poidan protexer e asegurar a supervivencia das nosas crías, ademais de proporcionarnos un determinado status social" O sindicato detectou "graves contidos sexistas" no enfoque da especialidade que imparte, e que están publicados na súa web www.teresabaro.com. Baró escribe, por exemplo, que "as mulleres sempre nos sentimos atraídas por homes fortes e valentes, con boa saúde, que nos poidan protexer e asegurar a supervivencia das nosas crías, ademais de proporcionarnos un determinado status social. É unha mera cuestión biolóxica, instinto de supervivencia". Ou, tamén, que "para triunfar na diversidade de roles que desempeña, a muller de hoxe ten que dominar moitos estilos de comunicación: dende o de profesional eficiente ao de muller sedutora sexualmente". Ou, para rematar, conclúe que "a muller seduce máis pola dozura, a sensualidade, mesmo ás veces pola submisión". A CIG solicita a retirada desta docente do curso Nun dos seus últimos posts, Baró ofrece unha serie de consellos para que as mulleres consigan seducir: "para resaltar o atractivo da anatomía feminina, a posición do corpo é básica (...) Hai un contoneo ao camiñar, para marcar as cadeiras, zona da fertilidade e tamén para facer máis evidentes as nádegas, que resultan moi atractivas para o home (...) Conscientes do poder de atracción do peito, moitos dos xestos de sedución están encamiñados a realzalo ou suxerilo, aínda cando está cuberto pola roupa". No curso, a experta en comunicación, impartirá algúns "fundamentos de comunicación non verbal", linguaxe corporal ou "postura, movementos con pernas e pés, xesticulación, expresión facial". A CIG considera que "afirmacións coma as citadas son contrarias aos principios de igualdade e non discriminación, lesionan gravemente os dereitos e a imaxe da muller e coliden cos principios nos que debe inspirarse a actividade de comunicación audiovisual da Corporación RTVG". Lembra a este respecto o artigo 4 da Lei 9/2011, que dispón "a promoción activa da igualdade entre homes e mulleres, que inclúe a igualdade de trato e de oportunidades, o respecto á diversidade e á diferenza, a integración da perspectiva de xénero, o fomento de accións positivas e o uso da linguaxe non sexista".
NOS_57557
As manifestantes denunciaron a perda de poder adquisitivo que acumulan as súas pensións.
Persoas xubiladas e pensionistas da CIG concentráronse esta quinta feira nas sete cidades galegas para demandar a revalorización das pensións de acordo ao IPC "real". As manifestantes denunciaron a perda de poder adquisitivo que acumulan as súas pensións, as segundas máis baixas do Estado español, e reclamaron a derrogación tanto da reforma das pensións como das reformas laborais. Así quedan as pensións galegas após a revalorización co IPC O colectivo lembrou que en xaneiro do ano pasado entrou en vigor a reforma das pensións que, segundo anunciou o Goberno estatal, recuperaba a revalorización das pensións anualmente de acordo ao IPC. Porén, a CIG denuncia que "esa revalorización ten truco" e que a actualización que recolle a reforma "faise con respecto ao IPC medio do ano, en lugar de ter en conta o IPC acumulado". A reforma das pensións supera o primeiro trámite no Congreso Isto significa que, por exemplo, no ano 2021 as súas pensións tiveran unha perda de 4% de poder adquisitivo porque "se revalorizaron en 2,5%, que foi a cifra do IPC medio de 2021, en lugar do 6,5%, que foi a porcentaxe do IPC acumulado ao peche do ano". Suba das pensións ficticia A central sindical critica que "o mesmo Goberno que nos fixo tragar con ese calote anunciou que a suba das pensións de cara ao 2023 será do entorno de 8,5%". A reforma das pensións reduce 10,3% a contía da xubilación das mulleres "Mais se temos en conta que a inflación acumulada no mes de setembro foi de 9%, agora mesmo estaríamos perdendo medio punto máis de poder adquisitivo", advertiron os manifestantes, que sinalan que se o IPC volve subir antes de final de ano "a diferenza e a perda de poder adquisitivo será maior". A contía das pensións das mulleres é 32,8% inferior á dos varóns na Galiza Finalmente, o colectivo de xubilados, xubiladas e pensionistas da CIG volveu exixir a revalorización das pensións conforme ao IPC acumulado a final de ano e a recuperación dos dereitos perdidos en canto ás pensións. "É precisa, sen demora, a derrogación das reformas das pensións, empezando pola de 2011 e incluíndo a de 2021", concluíron.
PRAZA_612
Xa podíamos enrouquecer gritando: Dereito ao propio corpo!, cando estabamos supeditadas a unhas relacións sexuais, aceptadas ou non, que nos impedían ese dereito e nos obrigaban a embarazos non desexados. A píldora rompeu as cadeas do destino biolóxico.
A comezos deste ano 15, despois dunha longa e frutífera vida, falece un dos cerebros máis preclaros do século que coa súa investigación e o descubrimento da píldora anticonceptiva, fixo máis polas mulleres que moitos discursos enardecidos. Xa podíamos enrouquecer gritando: Dereito ao propio corpo!, cando estabamos supeditadas a unhas relacións sexuais, aceptadas ou non, que nos impedían ese dereito e nos obrigaban a embarazos non desexados. A píldora rompeu as cadeas do destino biolóxico. Xa podíamos enrouquecer gritando "Dereito ao propio corpo!", cando estabamos supeditadas a unhas relacións sexuais, aceptadas ou non, que nos impedían ese dereito e nos obrigaban a embarazos non desexados. A píldora rompeu as cadeas do destino biolóxico Falo de Carl Djerasssi, un xudeu vienés fillo dunha arrogante askenazi e un agresivo sefardita (digo no nº 22 da Festa da Palabra silenciada dedicada a Os Feministas) que exercen a medicina. O matrimonio divórciase, e o pai de familia búlgara, establecida alí despois de escapar da Inquisición española, instálase en Sofía. A persecución nazi obriga a nai e fillo a fuxir de Viena, refuxiarse en Bulgaria, volvérense casar os pais, e, conseguido o visado, exiliarse en EEUU. Chega Carl a N.Y. en 1939, ingresa na Universidade falseando a idade, obtén bolsas de estudos e inicia a carreira de química orgánica. Consegue traballo na industria química e compaxina a súa carreira académica co mundo empresarial. Feliz conxunción. Ademais de reafirmar o seu pensamento realista, apoia a crenza da necesidade utilitaria das investigacións científicas Consegue traballo na industria química e compaxina a súa carreira académica co mundo empresarial. Feliz conxunción. Ademais de reafirmar o seu pensamento realista, apoia a crenza da necesidade utilitaria das investigacións científicas. O científico ha ter sorte, emoción, curiosidade e ambición, di. Acepta o posto dirixente nun laboratorio de Sintex na cidade de México, cousa que os seus compañeiros dun dos laboratorios máis importantes de EEUU consideran unha loucura. Demostrou que se podía investigar ao sur do Rio Bravo. Puxo como condición que se publicarían os achados nas revistas de ciencia, e así foi como durante 10 anos, o laboratorio mexicano foi o que máis publicou sobre esteroides e hormonas en todo o mundo. O 15 de outubro do ano 1951, despois de incesante traballo, realizan a síntese do primeiro anticonceptivo do mundo. Nese importante achado colaboraron moitas mulleres mexicanas traballadoras no laboratorio pero carentes de estudos académicos. Djerassi di que o que lles faltaba en preparación formal, lles sobraba en intelixencia e desexos de levar a bo fin a investigación. Acabaron facendo alí as teses de doutoramento. Despois dos estudos clínicos e convenios farmacéuticos, a venda non se difunde en EEUU até 1961. En países católicos atrasouse moitísimo o uso da píldora. Foi despenalizada en España en 1978 Despois dos estudos clínicos e convenios farmacéuticos, a venda non se difunde en EEUU até 1961. En países católicos atrasouse moitísimo o uso da píldora. Foi despenalizada en España en 1978. Algunhas mulleres tomamos a píldora moito antes. Eu desde o 65. Carl Djerassi propón na Universidade a píldora masculina, opinando que os homes debían soportar unha carga na anticoncepción xa que as mulleres aguantan todo o peso reprodutivo. A pesar da repulsa que a toda persoa progresista lle toca padecer, foi honrado con honores, como o Premio Nacional de Ciencia dos EEUU no 1973, por promover o control de natalidade nas humanas. As feministas estamos en débeda con este sabio e debemos saldala. Deberíamos lembralo en rúas e en centros de investigación que levasen o seu nome. Carl Djerassi propón na Universidade a píldora masculina, opinando que os homes debían soportar unha carga na anticoncepción xa que as mulleres aguantan todo o peso reprodutivo Ademais das ansias científicas que lle obrigan a percorrer o mundo, buscar insectos para o seu control, mergullarse a recoller esponxas con principios activos…, difunde os seus achados e compaxina o traballo no laboratorio coa aventura. Como vienés gusta da música, toca o violonchelo e interésase pola pintura e escultura (Paul Klee e Gaicometti os preferidos). Funda unha colonia de artistas no seu propio rancho en colaboración coa universidade de Stanford onde traballaba. Escribe novela e obras de teatro. Difunde o feminismo, condena o racismo e a guerra. Participa no manifesto, con B.Russel e Einstein contra as armas de destrución masiva e no Pugwash contra o belicismo. Un ser excepcional e un amigo que marcha. Outras e outros científicos quedan para abrirnos a senda da humanidade.
PRAZA_5416
Anabad-Galicia únese á campaña The right to e-read, que reclama que os cidadáns teñan acceso ás últimas novidades en formato electrónico, a través dunha modificación da Lei de Propiedade Intelectural e a retirada dos actuais obstáculos ao préstamo.
Anabad-Galicia vén de unirse á campaña The right to e-read, creada pola Asociación EBLIDA (European Bureau of Library, Information and Documentation Associations), que reclama que os cidadáns teñan acceso ás últimas novidades en formato electrónico. A campaña busca proporcionarlles aos usuarios e usuarias das bibliotecas públicas as últimas novidades publicadas en formato electrónico, tal e como estes centros viñeron facendo cos libros impresos. Porén, denuncian que "algúns editores impídeno, negándose a proporcionar ás bibliotecas as licenzas necesarias para o préstamo de libros electrónicos". Sinalan que, segundo algunhas enquisas, máis do 50% dos libros electrónicos best sellers non son accesibles dende as bibliotecas. "Queremos que toda a cidadanía – non só os que o poidan pagar- se beneficie do acceso libre aos libros electrónicos nas bibliotecas", conclúen Anabad-Galicia reclama o dereito a "comprar libros electrónicos a prezos xustos e con condicións de uso razonábeis", e subliñan neste senso que "moitos editores venden os libros electrónicos a prezos moi altos ou non os venden" e que "como resultado disto non podemos proporcionar un bo servizo aos nosos usuarios". "Queremos que toda a cidadanía – non só os que o poidan pagar- se beneficie do acceso libre aos libros electrónicos nas bibliotecas", conclúen. Os e as responsables das bibliotecas galegas queren que se faga "unha aposta por garantir o libre acceso á información, a educación, a cultura, o ocio e os contidos". Propoñen que se negocien "Modelos de Licencia Equitativos" e que todos os títulos de libros electrónicos que estean disponibles para a venda ao público tamén o estean para a súa adquisición e acceso por parte das bibliotecas ao mesmo tiempo que saen ao mercado e en todos os formatos compatibles. Os e as bibliotecarias reclaman "que os autores reciban un pagamento xusto polo préstamo dos seus libros electrónicos, como o veñen percibindo pola súa obra impresa, ampliando o Dereito ao Préstamo Público mediante a inclusión do préstamo do libro electrónico nas bibliotecas". Na actualidade, din, os autores non reciben remuneración ningunha polo préstamo de libros electrónicos nas bibliotecas. Demandan unha reforma da lei "que permita as bibliotecas cumprir coa súa misión, para o século XXI" Para isto, esixen unha reforma da Lei de Propiedade Intelectual, pois na actualidade, atendendo a esta norma os editores poden negarse a subministrar libros electrónicos ás bibliotecas. Demandan unha reforma da lei "que permita as bibliotecas cumprir coa súa misión, para o século XXI, de proporcionar a toda a cidadanía da Unión Europea, o acceso á riqueza do coñecemento e a ficción humana tanto desde a biblioteca presencial como a distancia". A campaña inclúe distintos actos informativos, que se concentrarán ao redor deste 23 de abril, Día do Libro, tamén actividades de difusión nas bibliotecas, a través dos medios de comunicación e das redes sociais (co hashtag #eread), así coma o envío de mensaxes a representantes políticos.
NOS_1326
PSdeG, BNG e AGE reaccionaron ao anuncio de Alberto Núñez Feijóo de recuncar como candidato do PP á presidencia da Xunta de Galiza. Coinciden as tres forzas en celebrar que rematara o "autobombo" en que estaba instalado o presidente do Goberno galego.
PSdeG "Danos igual Xan que Pericán". Así reaccionaba Pilar Cancela, presidenta da xestora do PSdeG, ao anuncio de Feijóo, dado que entende que "non hai un proxecto do PP para Galiza". Na mesma liña, Cancela puxo de manifesto que "o único que nos trouxo é un Goberno de 100.000 parados máis para o noso país desde a súa chegada". "Non hai ningún sector produtivo que poida poñer enriba da mesa ningún dado positivo", engadiu á saída do Comité Federal do PSOE en Madrid. BNG Ana Pontón, pola súa banda, elixiu as redes sociais para expresar a súa alegría por que "o candidato mártir" poña fin ao "paripé de autobombo preelectoral", ao que acusou de inaugurar a campaña. A portavoz nacional do Bloque preguntouse "que pensarán @s desafiuzad@s, parad@s, precari@s ante o sacrificio do candidato-mártir Feijóo" e apelou a "aforrarlle sufrimento botándoo para a casa". A nacionalista amosouse convencida de que os galegos e galegas "aproveitarán para despedir co seu voto o candidato mártir Feijóo e abrir un cambio real a prol das maiorías sociais". AGE O viceportavoz de AGE, Antón Sánchez, referiuse a Feijóo como "historia". "O importante non era coñecer a decisión persoal de Núñez Feijóo, senón que convocase as eleccións xa para permitir que Galiza teña canto antes gobernantes capaces de fortalecer o noso país de futuro", engadiu. Antón Sánchez alegrouse de que o PP finalizase "a ópera bufa dos últimos meses" e lamentou a "actitude frívola" de Feijóo, "preocupado unicamente na súa persoa e no seu futuro persoal". CxG e C's Alén do marco parlamentar tamén se pronunciaron Compromiso por Galicia e Ciudadanos. Xoán Bascuas (CxG) animou o pobo galego a "facerlle cumprir" ao líder do PP a súa decisión de non optar a un terceiro mandato e pediu "envialo a onde debe estar, que é na oposición". Ciudadanos, en declaracións recollidas por Europa Press, expresou que "chama a atención" que Feijóo anuncie que recunca após "oito anos dicindo que dous mandatos eran suficientes para un proxecto".
PRAZA_1638
O que si precisa unha resposta unificada a ambos os dous tipos de desafiuzamento é a garantía do dereito a unha vivenda digna. Garantía que requirirá da intensa coordinación entre os concellos, competentes na asistencia social primaria, e a Xunta, competente na política de vivenda.
A Constitución non recoñeceu un dereito subxectivo á vivenda, senón que converteu a provisión de vivenda digna nun dos principios reitores das políticas sociais e económicas, só reclamábel en función das leis que regulasen estas políticas. A recesión multiplicou os casos de desafiuzamentos de vivendas, quer por execucións hipotecarias, quer pola falla de pagamento dos alugueiros. E o PP, gobernante na altura na Xunta, no Estado e en moitos concellos amosouse absolutamente desleixado cara estes problemas. No que atinxe ás execucións hipotecarias, a lei procesual civil impedía cuestionar dentro do procedemento executivo a legalidade da débeda, nomeadamente as cláusulas abusivas dos xuros convencionais ou de demora e da taxación unilateralmente imposta pola entidade bancaria. E a solución chegou do Tribunal da Unión Europea, malia que Rajoy traspuxo a norma ao seu xeito canto a prazos. Nesta caste de desafiuzamentos imponse a tutela xudicial. Mais compre distinguirmos, neste ámbito , estes desaloxos dos xerados pola falla de pagamento dos alugueiros. No último caso (agás algunhas excepcións) semella que non se lle pode facer apandar indefinidamente aos propietarios coas consecuencias desta falla de pagamento. Mais tamén compre derrogar a normativa que impide parar o despexo pagando a débeda pendente ás persoas que xa o fixeran no pasado. E compre que os Xulgados dean conta ás Oficinas municipais de servizos sociais da admisión de toda demanda desta caste tan logo como se produza. O que si precisa unha resposta unificada a ambos os dous tipos de desafiuzamento é a garantía do dereito a unha vivenda digna. Garantía que requirirá da intensa coordinación entre os concellos, competentes na asistencia social primaria, e a Xunta, competente na política de vivenda. Da Xunta habían vir solucións como un parque de vivendas para alugueiros sociais que merecese este nome e todas as medidas posíbeis para pór o meirande número de vivendas baleiras ao dispór das persoas en risco de perda da súa vivenda. É indubidábel que as novas maiorías gobernantes nos principais concellos galegos asumen esta prioridade. Mais, que dicir da Xunta? Será quén de traballar mán a mán cos gobernos municipais doutra cor política? Coñecendo ao PP e a Feijóo compre dubidalo, máis aló de quitar a foto.
NOS_25728
Máis un número do semanario na rúa e ben completiño. Entrevistas a Martiño Noriega, Suso Seixo, achegámonos a Estados Unidos, onde están a abrollar os estudos galegos... Todo isto e máis, neste número, xa na nosa loxa.
Hospitais, aeroportos, estacións de tren, centros de especialidades... Servizos con malas conexións de transporte urbano e sen espazos libres para estacionar, convertidos en trampas de pago para as usuarias. Hai grandes empresas a lucrarse con aparcadoiros en espazos públicos. Unha cuestión que debullamos en 'Un negocio privado: aparcar mal ou pagar'. O aparcadoiro dos tres aeroportos galegos recaeu na empresa 'Empark Aparcamientos y Servicios', que xestiona outras 15 terminais do Estado. As prazas das estacións de ferrocarril están controladas pola firma 'Saba', participada pola La Caixa e unha escisión da multinacional Abertis. En 'O suicidio, entre o tabú e a desprotección', falamos de como Galiza lidera a nivel estatal a taxa de suicidio mais non conta cun plan de prevención para atallar esta realidade nen con recursos para lle prestar unha atención acaída ás persoas afectadas. O Sergas conta con 91 profesionais de Psicoloxía Clínica en todo o país, o que representa unha ratio de apenas 3,34 por cada 100 mil habitantes. Aliás, os recortes poñen en xaque a atención pola sobre carga do servizo como consecuencia da crise económica. Xurdiu como iniciativa no inverno de 2014. Através de diversas xornadas de convivio e debate, achegan as súas iniciativas desde a diversidade mais cun obxectivo común tecer rede para mudar o rural. Ora ben, facendo bandeira da ruralidade. É O Rural Quere Xente, unha iniciativa de base. Falamos dela en 'Revitalizar o rural tecendo rede'. "As maiores reticencias do PSOE danse en Santiago" Entrevistamos Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela. "Atopámonos cun concello moi deteriorado no funcionamento interno, moi neurotizado pola xudicialización deses catro anos e se a todo iso lle sumas unhas grandes resistencias en determinados sectores da cidade a asumir os resultados eleitorais e tamén lle sumas que esta era unha candidatura cidadá onde a única persoa que tiña experiencia na administración local era eu -o resto era xente solvente de diferentes profisións, mais sen experiencia institucional- pois o resultado é que foron oito meses duros dos que eu agardo que podamos quitar froitos nos vindeiros meses e anos, en resultados e traballo. Foron intensos e complexos". "O xefe é o rei" Avanzamos un capítulo do libro de Manuel Monge sobre a monarquía. Unha trama corrupta: o desvío de fondos públicos por valor de 4,5 millóns de euros salpica a monarquía. As responsabilidades atinxen Cristina de Borbón, mais ninguén dubida de que Juan Carlos I safará. En 'O lulismo, na súa hora máis crítica ' falamos da crise política aberta no Brasil ameaza con poñer fin ás políticas progresistas aplicadas polo PT. A revolución bolivariana acusa a marcha do seu líder en medio dunha crise política e económica e baixo a ameaza do imperialismo. Debullámolo en 'Tres anos sen Chávez'. E en 'Otegi devolve o sorriso á esquerda abertzale' abordamos o punto de inflexión que marca a saída de prisión do líder de abertzale, unha saída que se produce ás portas das eleccións vascas. "A clase traballadora xógase moito en que este país teña ou non soberanía" Entrevistamos Suso Seixo, secretario xeral da CIG. Falamos con el ás portas do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, de crise e de recortes, de sindicalismo, negociación colectiva ou pacto social. Tamén da Galiza, de nacionalismo, de soberanía como máis que un dereito. Doutro modelo social e económico nas antípodas do que sufrimos. "O modelo actual é suicida", conclúe Na análise 'Renda agraria' analizamos como coa crise a renda agraria real galega reduciuse un 14%. A estatal, apenas un 4%. A renda agraria por ocupado sitúase en Galiza en 15.266 euros, o 65,6% da media española. Neste momento hai en funcionamento cinco cátedras e 31 centros de estudos galegos no exterior, repartidos por Europa e América. E, aínda que hai un devalo no galicianismo no Reino Unido, que viviu tempos mellores, o estudo da nosa cultura medra nos Estados Unidos sen apoio institucional, onde o galego entrou hai pouco na Modern Language Association (MLA), a maior asociación internacional de linguas e culturas. Contámoscho en 'Os estudos galegos abrollan en Estados Unidos'. Temos, como non, as nosas criticas de literatura (Mario Regueira), cinema (Andrés Castro) e Manuel Xestoso fálanos da 'refundación' do Centro dramático galego. E temos 'Fóra de Serie', con axenda, consellos, recomendacións... E en 'Andar e ver' percorremos a rota do Ouro, polo camiño real de Ribas de Sil. Da man de Felipe Senén coñecemos as historias da historia dos camiños de ferro que unen a meseta con Galiza. "15.000 traballadores sobre os camiños de ferro, a explotación integral, os paros, a incerteza, a silicose que tortura vidas e conseguintemente a resposta, o movemento obreiro". E na contra-capa. 'Somos Paisaxe' en A Contracorrente, e a selfie-entrevista a SES. "
PRAZA_4730
ADEGA denuncia varias plantacións ilegais na provincia de Lugo e o incumprimento por parte do Goberno galego dunha lexislación xa de por si moi permisiva coa extensión desta especie e do seu monocultivo.
Os eucaliptos ocupan arredor da cuarta parte dos montes galegos. As cifras varían, dende as 216 mil hectareas e o 21% das superficie total arborada calculadas pola Universidade de Vigo en 2010 até as 396 mil hectáreas (o 28% do total) sinaladas por Greenpeace en 2011. En calquera caso, unha parte moi importante da nosa masa forestal, sobre todo no norte das provincias de Lugo e A Coruña (onde supera o 80% do total de árbores) e, en xeral, no conxunto das provincias coruñesa e pontevedresa. A pesar da limitación á súa plantación dende os anos noventa e dalgunhas restricións normativas (forzadas polas protestas dos grupos ecoloxistas) estas cifras seguiron incrementándose notablemente, dende as 138.500 hectáreas contabilizadas en 1996 segundo o inventario forestal do Ministerio de Medio Ambiente. Cando menos seis de cada dez árbores en Galicia son piñeiros e eucaliptos, e a súa expansión aínda non se freou. Iso é o que denuncia ADEGA, que vén de sinalar varios casos de plantacións ilegais na provincia de Lugo, nos concellos de Lugo, Rábade e Begonte. E destaca que nalgúns casos as súas denuncias xa deron resultados xa foron positivos. No caso dunha plantacion de eucalitpos no concello de Lugo, posterior á tala dunha carballeira de 6.000 metros cadrados con diferentes categorías de protección (Reserva da Biosfera, PEPRIM, proposta de ampliacion da Rede Natura), a Direción Xeral para a Conservación da Natureza da Xunta de Galicia obrigou o dono a arrancar os eucaliptos ilegais e plantar castiñeiros. No caso de Begonte, o SEPRONA tamén dispuxo a retirada dos eucaliptos. ADEGA critica a redacción da nova Lei de Montes hai dous anos, coma por outras mudanzas no ámbito agrario (Banco de Terras, SOFOR...), que favorecen "a febre eucaliptizadora actual" Porén, ADEGA tamén critica a política do Goberno galego, tanto pola redacción da nova Lei de Montes hai dous anos, coma por outras mudanzas no ámbito agrario (Banco de Terras, SOFOR...), que favorecen "a febre eucaliptizadora actual", e que non achegan elementos positivos para "a implantación dunha auténtica política forestal e agraria sostible e xeradora dun medio rural vivo e con calidade de vida". Para ADEGA, a Lei de Montes "rebaixa o control e a intervención da Administración na xestión dos montes galegos, que deixa en mans da especulación dos mercados e da opción individual. Delega nas empresas os obxectivos principais da lei: desenvolvemento rural, a fixación da poboación no medio rural, a conservación e a xestión forestal sostíbel". ADEGA lembra tamén que a Lei de Costas "impide facer plantacións de eucaliptos en parcelas con masas de frondosas autóctonas, en terreos agrícolas, a menos de 15 metros dos cursos fluvias e a menos de 100 metros da liña de costa", ou que a Lei de Montes determinou a prohibición de plantar eucaliptosen zonas de especies autóctonas, pero que "estes mínimos, a todas luces insuficientes para asegurar a correcta conservación dos valores naturais da nosa terra, non están a cumprirse". A entidade subliña, igualmente, "os incumprimentos da lei nas novas plantacións de especies alóctonas" e o "deixar facer" da propia Administración "que mira para outro lado". A entidade subliña, igualmente, "os incumprimentos da lei nas novas plantacións de especies alóctonas" e o "deixar facer" da propia Administración "que mira para outro lado" Tamén é criticada a recente proposta de reforma da Lei do Solo, que segundo a Alianza Rural Galega, da que ADEGA forma parte, "non foi redactada para favorecer o máximo consenso social e político a prol dun ordeamento respectuoso co territorio", senón que "no canto de planificar un ordeamento territorial sustentánbel, a proposta supón unha importante regresión con respeito ao actual marco normativo". Para a Alianza Rural Galega, "a desaparición das categorías de solo rústico de especial protección forestal e agropecuario e a súa asimilación á categoría residual do común, supón a renuncia interesada da administración a preservar amplas áreas do medio rural cun importante potencial de aproveitamento susntentábel e vencelladas a modelos de ocupación do territorio propios de Galiza". O crecemento das plantacións de eucalipto dependeu sempre das variacións do prezo da súa madeira, que hai uns anos acadou niveis récord. Porén, os factores que máis influíron no seu atractivo para os propietarios foron o asentamento das celulosas en Galicia e no oeste de Asturias, un mercado fixo que acapara a produción desta especie de crecemento rápido. Outro elemento importante é o pequeno tamaño das propiedades no monte galego, que favorece a aposta pola obtención de beneficios a curto prazo. En Galicia, dun total de 600.000 propietarios forestais, uns 120.000 posúen terreos con eucaliptos. No ano 2010 producíronse en Galicia 3.546.896 metros cúbicos de madeira de eucalipto, máis da metade do total (6.876.697 metros cúbicos), segundo as cifras da Consellaría de Medio Rural. Un crecemento constante dende as cifras rexistradas, por exemplo, en 1995: 2.343.384 metros cúbicos de eucalipto dun total de 5.585.122 metros cúbicos de madeira.
NOS_50918
A última viaxe internacional de Feixóo, a México, foi posta en cuestión pola oposición, que ve máis unha vez na axenda internacional do presidente pouca rendibilidade para o país, tanto en termos políticos como económicos. A isto hai que engadir o ocultimo que practica o goberno sobre custo e transfondo destes periplos. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no Sermos Galiza 296.
O presidente da Xunta despregou nestes anos unha intensa axenda internacional, con viaxes que van da China ou o Xapón até a Arxentina, o Uruguai, Colombia ou o Perú; pasando por Alemaña, Cuba, Reino Unido ou Brasil. De misións comerciais a viaxes institucionais. Feixóo leva -sen contar os periplos internos polo Estado español- case unha vintena de viaxes polo estranxeiro como presidente. Nada que obxectar, a vertente exterior é fulcral para calquera administración, mais, cal é o rendemento destas viaxes? Hai algo máis aló da propaganda e (autopublicidade)? A oposición móstrase moi crítica a respecto dos beneficios e proveitos destas viaxes do presidente galego. De feito, e a respecto da última que realizou o presidente, a inicios de maio, a México; solicitou a comparecencia de Feixóo. Algo, por certo, o de comparecer na Cámara galega tras cada viaxe, que era norma no anterior presidente, Pérez Touriño, e que Feixóo non tivo a ben manter. "Intranscendente, improvisada e inútil", cualifica esa viaxe o portavoz do PSdeG, Fernández Leiceaga, que mesmo afirma que serviu unicamente para "ampliar a súa axenda exterior de cara á súa carreira en Madrid".Pancho Casal, deputado de En Marea, fala de simple "viaxe turística" que tiña como única finalidade "dar titulares" mais sen contido real ningún. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, foi clara e contundente a respecto desa viaxe: "Un bluff", dixo, "en termos políticos e económicos nin se entende nin se xustifica", concluíu. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 296 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_32985
Ambas as dúas formacións amosaron o seu rexeitamento á decisión anunciada esta sexta feira polo FROB. Denuncian que a quita supón "un acto de extrema inxustiza" para @s aforrador@s.
A Executiva nacional da organización frontista emitiu un comunicado público após se coñecer a quita imposta ás afectadas polo calote das preferentes e subordinadas. De igual maneira, desde a Alternativa galega amosaron a súa "total oposición" a calquera tipo de quita. Os grupos da oposición denunciaron o desleixo da Xunta de Galiza perante o que consideraron "un acto de violencia económica" --indican @s nacionalistas, e un "auténtico roubo" dos aforros d@s galegos por parte do Goberno español. Neste senso, BNG e AGE amosaron a súa solidariedade coas plataformas de afectad@s apoiando as súas demandas de devolución íntegra. Tamén así, advirten desde o Bloque, a quita confirma "as mentiras e o engano do goberno Feijóo" que incumpriu "todas e cada unha das promesas electorais" realizadas ás persoas estafadas. Aliás, o seu portavoz nacional, Xabier Vence, anunciou que participará na mobilización nacional convocada para mañá sábado ás 10.30h en Pontevedra.
NOS_39459
O CGAC dera por feito que xa tiña novo director, Santiago Olmo. A noticia saíu publicada. Os dous candidatos galegos presentaron alegacións ao proceso. O centro da Xunta, sen máis explicacións, reabre o proceso e convoca aos aspirantes a unha proba de lingua. Será o vindeiro 25 de maio.
O día seguinte das eleccións municipais, o CGAC tentará pechar a elección doutro cargo, despois dun complicado proceso que se lle está a torcer á Xunta. O centro de arte que ocupa o edificio deseñado por Alvaro Siza en Compostela reabre, sen moitas máis explicacións, un proceso que daba por concluído e convoca aos tres candidatos finalistas a "efectuar a valoración do coñecemento de linguas de conformidade co establecido nas bases da convocatoria no seu punto 9.2". O cargo que xa tiña nome A convocatoria dunha nova proba non tería maior relevancia se non for porque o Centro deu por concluído o proceso coa entrevista final que conduciu á cabeceira da carreira pola dirección a Santiago Olmo, candidato que superaba por só unhas décimas ao seu máis inmediato seguidor, o galego Manuel Segade. A noticia saíu publicada nos medios e todo apuntaba en que en poucos días este comisario e crítico de arte, sen experiencia en dirección de centros que era unha condición que primaba a convocatoria, ocupara o posto que deixara vacante o portugués Von Haffe. Ao CGAC apremáballe tamén que alguén se puxera á fronte dunha programación está a piques de rematar, quedando o baleiro despois da previsión deixada polo anterior director. A tal hora, todo apunta a que desde a Xunta terán que buscar vías alternativas diante do retraso do proceso. Dado Santiago Olmo como novo director do CGAC, son as alegacións dos dous candidatos galegos e finalistas no proceso, Juan de Nieves e Manuel Segade, os que conducen a reapertura da convocatoria, engadíndose unha proba de linguas que quedaría sen realizar de non ser pola intervención dos dous aspirantes. Os tres están convocados para o vindeiro día 25 no que o xurado composto por José Manuel García Iglesias, Antón Castro, María de Corral e Estrella de Diego se terá que volver a xuntar para dirimir o final do complicado proceso de elección do futuro director do CGAC.
NOS_51485
As fortunas galegas aforrarán en 2019 por volta de 18 millóns de euros, unha cantidade que tería que ir para a facenda galega mais que continuará no peto das rendas máis altas. É a consecuencia da decisión do goberno do PP de rebaixar en 20% o Imposto do Patrimonio, ese que na Galiza pagan 7.700 persoas que acumulan unha fortuna de 40.000 millóns de euros. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no número 324 de Sermos Galiza.
En 2013 a daquela conselleira de Facenda, Elena Muñoz, negábase a subir os impostos ás rendas máis altas alegando que esa medida apenas tería impacto nas arcas galegas: cinco millóns de euros, cifraba. Iso si, a política fiscal do goberno de Feixoo teimaba en aplicar copagamentos e subir diversas taxas, aumentos que repercutían no peto da cidadanía. Houbo críticas e protestos por esa 'dupla vara' e a Xunta optou por subir en 20% o Imposto de Patrimonio, que pagan os máis ricos, para garantir así ingresos en plena recesión económica. Esa suba xa ten data de caducidade e en 2019 ese gravame ás fortunas rebaixarase 20%. Para as forzas de oposición e para economistas como Maribel Otero, a decisión, "política", é un "agasallo para as rendas altas". As rebaixas fiscais prometidas polo goberno galego para 2019 van implicar que as rendas máis altas de Galiza aforren por volta de 18 millóns de euros en impostos. "Até 160.000 euros a rebaixa é de 0,06% mais nun patrimonio de máis de 10 millóns de euros pasa a ser de 0,53%". Isto que consecuencias ten? Pois que canto máis rico é o contribuínte na Galiza máis vai aforrar de pagar en impostos. Así, até 160.000 euros o aforro non pasa de 60 euros. Mais se imos a tres millóns de euros o aforro anual abeira os seis mil euros anuais; se a renda é de máis de 6 millóns de euros o aforro anda nos 16.000 euros ; e de ser de máis de 10 millóns, serían 40.000 euros ao ano os que zafaría de pagar. En definitiva, e tendo en conta os tramos de rendas altas na Galiza, as fortunas deixarían de pagar uns 18 millóns de euros. O equivalente, como exemplificou Luís Villares, portavoz de En Marea, a máis de 3.700 rendas de integración social (Risga). [Podes ler a reportaxe íntegra no número 324 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_20028
ENTREVISTA | António Zambujo presenta o 14 de maio en Compostela, no Auditorio de Galicia, o seu disco homenaxe a Chico Buarque.
Hai perto de dous meses, António Zambujo encheu dúas veces -seguidas na mesma noite- a Casa das Crechas, en Santiago, nun concerto de celebración do aniversario deste local. Nunca é abondo cando se trata dun músico coma el, mais xa lle lembrou alí mesmo ao público que volvería axiña, en maio, para presentar o seu disco homenaxe a Chico Buarque. Así o fará o día 14 ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. Até pensei que fosse minha é unha "paréntese"-di el- na carreira deste alentexano, creador dun estilo único que mestura diversas influencias, da bossa nova, a morna ou o chorinho ao fado, o jazz ou a música tradicional da súa terra. Neste novo disco canta só a Chico. Expresa a súa admiración por el. E amosa, unha vez máis, a relevancia da pegada brasileira na súa obra, que o converteu, aos 41 seus anos, nunha das voces portuguesas máis recoñecidas no mundo. Como vai ser o concerto do domingo? Tal como é o disco. Van ser cancións de Chico Buarque, do disco Até pensei que fosse minha, que fixen para homenaxealo. Serán as cancións do disco e tamén outras de Chico Buarque que non están no disco. Con algunha colaboración galega? No último concerto que deu en Galiza, nas Crechas, colaborou a súa amiga Uxía… Non van estar os colaboradores do disco, que son Roberto Sá e Carminho, mais si vai estar Sara Carinhas, que é unha actriz de teatro portuguesa. Neste concerto non daba moito xeito para unha colaboración galega. Falou de volta, con este disco, ás orixes… En que sentido? O disco é máis ben unha paréntese. Así foi decidido por min e polo meu director artístico. Xurdiu a idea de homenaxear a Chico cun disco para mostrar a admiración que sinto por el, polas súas músicas, pola súa forma de compoñer, por quen é. Chico Buarque é probablemente o mellor poeta da lingua portuguesa. "Chico Buarque é probablemente o mellor poeta da lingua portuguesa" En relación con iso, despois de Rua da Emenda, o seu disco anterior, dixera que ía buscar un novo rumbo. Mais neste parece que hai máis ben continuidade, quizais desde Outro sentido... Neste disco foi moi importante a achega de Marcello Gonçalves, que é o produtor [xunto con Ricardo Cruz] e director musical. A idea era homenaxear a Chico Buarque achegando a miña interpretación das súas músicas. O que virá despois, se cadra dentro dun ano, non o sei aínda. Dicíao pola influencia brasileira, xa moi presente en Outro sentido, en Guia… É que por moito que se busque unha ruptura, por moito que queiramos coller un novo rumbo, nunca deixamos de ser quen somos. Non podemos tirar as influencias da nosa vida, que no meu caso veñen da música tradicional, do fado, da música brasileira, da música africana, -sobre todo de Cabo Verde-... "Non podemos tirar as influencias da nosa vida" Comentou Caetano Veloso que xa só polo timbre e a prosodia portuguesa, dáballes aos temas unha distancia que os facía diferentes.... Mais, ao comparalo con Chico, semella que está moi respectado: a súa forma de cantar… Non quería desvirtualo, pero si achegar a miña visión persoal das súas músicas. Claro que hai que entender que as músicas están feitas. Tampouco dá para mudar moito. "Non quería desvirtualo, pero si achegar a miña visión persoal das súas músicas" Escolleu 16 cancións entre a ampla discografía de Chico. Xa dixo que o criterio foi as que máis lle gustaban. Tiña un interese especial en Tanto Mar pola súa historia? Refírome á censura, a relación coa Revolución dos Cravos… A escolla fixémola pola música en si, sen pensar nas etapas de Chico Buarque nin en nada así. Pero si é verdade que eu tiña un interese especial en Tanto Mar pola súa simboloxía e pola súa relación coa historia de Portugal. Chico Buarque acabou participando no proceso de creación do disco. Como foi? Pois foi un pouco sorprendente. Eu quería facer un disco para homenaxear a Chico, mais non para importunalo. El foi quen decidiu participar. Estaba moi contento coa idea da gravación deste disco e ao final tivo unha parte activa nel. Cando comezamos, nin tiñamos previsto que fose colaborar comigo, como fai en Joana Francesa. Foi algo co que non contabamos, que xurdiu… "Coñecíao de falar con el por teléfono, mais non tiñamos unha relación máis persoal" Antes de gravar este disco coñecíanse, pero tampouco moito… Coñecíao de falar con el por teléfono, mais non tiñamos unha relación máis persoal. Despois deste disco si, claro. As cancións de Chico Buarque teñen moitas versións. Das moitas dimensións da súa obra, están bastante presentes no seu disco as letras feitas desde a perspectiva dunha muller, as relacionadas cos afectos… É casualidade ou é algo con implicacións no seu xeito de interpretar a Chico? A súa forma de cantar coa voz dunha muller, desde a perspectiva feminina, é un aspecto da súa obra que si, interésame bastante e téñoa en conta á hora de cantar. Mais, como dixen antes, a escolla que fixemos foi polas músicas, non por épocas, por temáticas… "A escolla que fixemos foi polas músicas, non por épocas, por temáticas…" Algunha conexión pode haber ademais polas raíces primeiras do que fan vostedes: a música tradicional alentexana pola súa parte, a música popular brasileira pola de Chico… Pode haber unha aproximación aí, si. Eu veño da música tradicional e o que Chico fai é samba, choro… Despois, con todas as influencias, cadaquén tenta dar a súa visión persoal. O artista ten que primar a singularidade. "A reacción do público está a ser óptima" No Brasil xa estivo, e en moitos outros lugares. Como está a acoller o público este disco? A reacción do público está a ser óptima. Cando estiven no Brasil ía con algunha prevención debido á situación política alá, mais ao final foi todo ben. Estiven moi feliz alí.
NOS_22610
Entran en aviso máximo Chantada, Noia e Soutomaior, mentres que o número de concellos en laranxa sitúase en 24.
Os municipios ourensáns do Carballiño, Barbadás e Verín, así como Baiona e Monforte de Lemos deixaron de figurar en vermello este sábado no mapa 'semáforo' que cada día actualiza o Sergas, grupo que marca a máxima alerta polos casos detectados de Covid-19 e no que ingresan Noia, Soutomaior e Chantada. Deste modo, o número de municipios sinalados en vermello no mapa sitúase en 48, dous menos que a pasada sexta feira, mentres que son 25 os concellos no segundo nivel de alerta, o laranxa. Así as cousas, as novidades respecto á sexta feira é a saída do grupo de concellos en 'vermello' do Carballiño, Barbadás, Verín, Monforte e Baiona. Pola contra, ingresan entre os 48 municipios Chantada, Noia e Soutomaior. Pontevedra convértese así na área con maior número de concellos en 'vermello' cun total de 21: Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Séguelle A Coruña, na que están un total de 19 municipios en alerta máxima: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Carballo, Malpica, Cabana, Vimianzo, Ordes, Santiago, Ames, Teo e Noia. No tocante á área de Ourense, só hai tres municipios en alerta máxima: Ourense, Xinzo de Limia e Ribadavia. En Lugo son 5: Cervo, Chantada, Viveiro e Burela, ademais da propia Cidade dás Murallas. A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Santiago -máis de 112-, Lugo -máis de 112-, Ourense -máis de 120-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-. 25 en alerta laranxa No segundo nivel de alerta atópanse 25 municipios galegos, concentrados, do mesmo xeito que ocorre cos concellos marcados en 'vermello', nas provincias de Pontevedra e A Coruña, que contan respectivamente con 7 e 12 localidades en aviso laranxa. Así, en Pontevedra ingresan este sábado no grupo da alarta laranxa Bueu e Baiona, saen A Estrada, Soutomaior e Gondomar e permanecen Cuntis, Caldas de Reis, Ponte Caldelas, Tomiño e A Cañiza. Na Coruña, as novidades son a saída de Betanzos, Oroso, Boqueixón e Noia e a entrada de Cee, Porto do Son e Melide. Continúan respecto ao día anterior Valdoviño, Mugardos, Ares, Sada, Cerceda, Ponteceso, Laxe, Zas e Santa Comba. En Lugo son tres os concellos en cor laranxa -Guntín, Pas e Monforte (entra Monforte, sae Chantada)-; mentres que en Ourense hai outros tres -Verín, O Carballiño e Barbadás, todos procedentes do nivel vermello-.
PRAZA_14590
A plataforma chama a cidadanía a que se manifeste o día 16 na Coruña e lembra que "é moi posible" que Galicia puidese sufrir outra catástrofe ante as eivas na prevención.
"Claro que é moi posible que volva haber outro Prestige". Con esta contundencia, Xurxo Souto, un dos voceiros da plataforma Nunca Máis, deixou claros os riscos de que Galicia volva padecer unha catástrofe como a da que agora se cumprirán dez anos e que será xulgada o vindeiro día 16 na Coruña. Precisamente por iso, reactívase agora un movemento que protestará o mesmo día do xuízo para berrar "contra a impunidade" e agardando que se depuren todas as responsabilidades derivadas daquela desfeita. Nunha rolda de prensa convocada na Coruña, os voceiros da plataforma recoñeceron algúns avances, como a existencia de máis barcos anticontaminación ou menos buques monocasco, pero destacaron sobre todo as eivas que aínda existen no país respecto á prevención e á actuación no caso dun accidente semellante. "Non hai control vía satélite do corredor con maior tráfico marítimo que é o de Fisterra, o que provoca continuos sentinazos, mentres as competencias de control marítimo seguen sen transferirse a Galicia e levándose a cabo desde Madrid", destacou Souto, que manifestou a "auténtica preocupación" de Nunca Máis ante a posibilidade "moi posible" de que outro Prestige afunda algún día nas costas galegas. "Non hai control vía satélite do corredor marítimo e as competencias seguen sen ser transferidas a Galicia" Ademais, Isabel Risco, outra das voceiras, destacou a importancia da plataforma e do movemento cidadá, que foron os que permitiron "os avances conseguidos" en materia de prevención e control, polo que chamou á poboación a que acuda á manifestación que se celebrará o vindeiro día 16, con motivo do comezo do xuízo, nas instalacións xudiciais "improvisadas" de Expocoruña a partir das 11 da mañá. Tanto Risco como Souto cualificaron de "heroes" os dous avogados de Nunca Máis, Pedro Trepat e Miguel Ángel Fernández, presentes tamén na comparecencia. Os avogados de Nunca Máis advirten de que a "dilación indebida" do xuízo beneficiará os imputados, xa que será "un atenuante de culpabilidade" O primeiro deles destacou que "é un alivio" que por fin se celebre o xuízo, pero incidiu tamén no feito de que "estatiscamente claro que pode haber outra accidente semellante". Ademais, fixo fincapé no feito de que a "dilación indebida" da xuízo, case dez anos despois, será "un atenuante de culpabilidade" que será "con toda seguridade" empregado polos imputados e que tamén lles "reducirá a pena" de houbela. Para Trepat, á marxe das mellores técnicas e de prevención, o que si queda claro é que "de producírense novas desgrazas, os responsables políticos non marcharía de cacería nin tomarían decisións oportunistas ou caprichosas, senón que se basearían en expertos e xente coñecedora do mar". "Isto tamén é grazas a Nunca Máis", engade. Ademais, e respecto á presenza do ex ministro Álvarez Cascos no xuízo, Trepat aclara que López Sors, o que era director xeral da Mariña Mercante, "asumiu todas as decisións", aínda que di ter "o convencemento" de que "estaba sacrificando a súa cabeza" en favor de superiores como o ex titular de Fomento. En canto ás informacións da prensa que desvelan as intencións de varios cargos de abrigar o Prestige na Coruña, os avogados cren que a conversa feita pública "é moi reveladora" e "dará moito xogo" ao deixar claro que había máis opcións que a decidida finalmente de afastar o buque e que acabou provocando unha enorme catástrofe medioambiental. "O porto exterior da Coruña non é porto refuxio nin seguro para meter buques en perigo alí", di o patrón maior da confraría Así, o patrón maior da confraría da Coruña, Manuel Cao, asegura que el "non metería o buque na Coruña" e destacou tamén que o porto exterior de punta Langosteira, vendido naquela época como porto refuxio, "non é tal". "Non é seguro para meter un barco así", asegurou, logo de advertir de que "se hai unha alarma como a do Prestige dentro de dúas horas, os mariñeiros seguirían sen ter os medios necesarios para deter o vertido". Nunca Máis lembra que Rajoy e Feijóo, daquela ministro e vicepresidente, gobernan agora os galegos Preguntados pola coincidencia do xuízo e das manifestacións coa campaña electoral, os voceiros aseguraron que non tiñan "culpa" de que se fixase esa data e advertiron do feito de que dous dos xefes de executivos dos que na actualidade dependen os galegos tivesen na época do Prestige altas responsabilidades. "A persoa que invoca agora á seriedade e ao bo facer é o mesmo que se gañou o alcume do señor de los hilillos polas súas declaracións", dixo Xurxo Souto, en referencia a Rajoy, tras lembrar tamén que Núñez Feijóo, presidente da Xunta, era daquela vicepresidente con Manuel Fraga. "Nós sabemos perfectamente quen é Rajoy e sabemos tamén ben que farían el e Feijóo se tivesen que volver actuar", aseguraron, tras negar que a manifestación convocada para cinco días antes dos comicios poida influír no resultado electoral.
PRAZA_14900
Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, publica en galego o texto difundido por L'Equipe, La Gazzetta dello Sport, The Times, Het Nieuwsblad e Le Soir, e propó un debate sobre el.
Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, publica en galego o texto difundido por L'Equipe, La Gazzetta dello Sport, The Times, Het Nieuwsblad e Le Soir, e propó un debate sobre el. Ofrecemos a tradución á lingua galega para en posteriores posts debater sobre a postura que adoptaron O pasado sábado 27 de outubro de 2012, cinco xornais europeos publicaron unha editorial conxunta sobre a situación do ciclismo profesional. O francés L'Equipe, o italiano La Gazzetta dello Sport, o británico The Times e os belgas Het Nieuwsblad (flamengo) e Le Soir (francófono) asinan o chamado Manifesto por un ciclismo crible. Os autores amosan a súa preocupación pola situación derivada das tramas de dopaxe e a súa confianza no futuro deste deporte, aproveitando esta crise para esclarecer as responsabilidades relativas ao caso Armstrong e facer cambios contundentes na xestión do ciclismo internacional. Ofrecemos a tradución á lingua galega para en posteriores posts debater sobre a postura que adoptaron: MANIFESTO POR UN CICLISMO CRIBLE Somos un grupo de xornais de catro países (Bélxica, Gran Bretaña, Francia e Italia) que levamos contando a historia do ciclismo dende hai un século. Este deporte é a nosa paixón e temos unha grande confianza no seu futuro. Tamén estamos moi preocupados pola situación actual. Na longa lista negra de escándalos de dopaxe que ensobreceron o horizonte do ciclismo nos últimos anos hai que sumar o caso Armstrong, as confesións de varios dos seus ex compañeiros de equipo e o informe da Axencia Americana Antidopaxe (USADA); nel apúntase a un mal funcionamento ou a complicidade da Unión Ciclista Internacional (UCI). Ademais, están tamén os informes desacougantes que se filtraron na investigación de Padua e en xaneiro abrirase o xuízo da Operación Puerto en Madrid. Estas recente revelacións amosan claramente que xa non podemos confiar na UCI ou nos xefes de equipo cómplices no engano. Porén, as responsabilidades recaen en todas as persoas involucradas no ciclismo: sindicatos, directivos, patrocinadores, organizadores e pilotos. Cremos que as cousas melloraron recentemente. Cremos nunha nova xeración de corredores, pero entendemos que é imposible seguir coas mesmas estruturas, o mesmo funcionamento, as mesmas regras e os mesma xente. É por iso que hoxe recomendamos: Que a UCI recoñeza as súas responsabilidades no caso Armstrong e que se desculpe. A constitución, baixo responsabilidade da Axencia Mundial Antidopaxe (AMA), dunha comisión neutral e independente para investigar o funcionamento e a responsabilidade da UCI no caso Armstrong e a loita contra a dopaxe en xeral para denunciar posibles complicidades, erros e abusos. Que a organización dos controis das carreiras máis importantes sexa directamente responsabilidade da AMA e as axencias antidopaxe. Que as penas de suspensión aplicables nos casos de dopaxe sexan máis severas e que os grupos deportivos se comprometan a non fichar por dous anos máis aos corredores suspendidos por máis de seis meses. A restauración dun "pacto de cabaleiros" que estipule que un ciclista que é obxecto dunha investigación por dopaxe sexa automaticamente suspendido polo seu equipo. Unha maior implicación e unha maior responsabilidade dos patrocinadores que financian e lle dan nome aos equipos. A reforma da UCI World Tour, o seu sistema de puntos e a concesión de licencias, que manteñen un sistema pechado e opaco. Tamén propoñemos que as licencias xa non se expidan aos directores de equipo, senón aos patrocinadores. A convocatoria dun "Estado Xeral da Bicicleta" antes do inicio da temporada 2013 coa fin de definir unha nova organización e novas regras. Agardamos sinceramente que o mundo do ciclismo saiba aproveitar a oportunidade que se lle ofrece para unha reforma en profundidade. Asinantes: Het Nieuwsblad-L'Equipe-Le Soir-The Times-La Gazzetta dello Sport. De Telegraaf (Países Baixos), El País, Süddeutsche Zeitung (Alemaña) e The Sydney Morning Herald (Australia) expresaron o seu apoio a esta iniciativa, participaron nos debates e compartiron ideas aínda que preferiron manter a súa independencia editorial. El Periódico de Catalunya adheriuse tamén a este manifesto. Os diarios promotores desta iniciativa crearon tamén unha conta en Twitter chamada @changecycling onde agardan ir contando a evolución destas reivindicacións (aínda que de momento anda un pouco parada). Tamén propoñen o debate nesa rede social co hashtag #changecycling.
NOS_30687
Unha ducia de seccións, música, obradoiros e 152 filmes achegan até o 30 de novembro a Compostela o mellor cinema independente.
A XXVI edición de Cineuropa reunirá entre o 8 e o 30 de novembro 152 filmes que se poderán visionar no Salón Teatro, na Sala Mozart do Auditorio de Galiza, no CGAC e no Teatro Principal. O cinema independente estes días terá protagonismo a través de 12 seccións diferentes: Oficial, Panorama Internacional, Fantastique Compostela, Buenos Aires Connection, Retrospectiva Xavier Dolan, Retrospectiva João Canijo, Cineuropa-Docs (coa subsección "O mundo segundo Alexander Kluge: retrospectiva"), Cinefilias, Cineuropa Ten Cult Movies, Cineuropa Concerto, Panorama Audiovisual Galego e o Maratón Cineuropa. Entre os filmes a salientar desta edición está o documental sobre Jimi Hendrix que abre o festival xunto a Bella Addormentata de Marco Bellocchio ou o peche con Linhas de Wellington de Paulo Branco. Polo medio veremos algúns dos traballos gañadores noutros festivais europeos como é o caso dos irmáns Taviani en Berlín e Haneke en Cannes. O cine do país estará representado polo Novo Cinema Galego e haberá unha representación do cine visionado en Sitges. O cine do país estará representado polo Novo Cinema Galego Concertos e actividades conplementarias A música terá o seu apartado especial en Cineuropa co cine ambulante dos irmáns Lumieira os días 16, 17 e 18 de novembro na Zona C de Bonaval. Ademais haberá un Obradoiro de Debuxos Animados os días 23, 24 e 25 de novembro, para @s amantes do debuxo e o deseño. As entradas estarán a disposición do público a través dunha web ou na Billeteira Única do Teatro Principal, que estará aberta todos os días a partir das 15:00 horas. Os prezos para os filmes son de 4 euros por entrada podendo adquirir una bono para 10 películas ao prezo de 30 euros. As proxeccións do CGAC e da Sala Mozart do Auditorio de Galiza son de entrada libre até completar aforo. O programa completo de Cineuropa 2012 pódese ver aquí.
PRAZA_7650
O analista especializado en tecnoloxía política Suso Baleato estuda neste texto os mecanismos xurídicos que lle garantirían a impunidade á cúpula do Partido Popular e fai unha proposta de acción para evitalo.
Neste artigo o analista especializado en tecnoloxía política Suso Baleato identifica os mecanismos xurídicos que lle garantirían a impunidade á cúpula do Partido Popular de ser imputados pola trama de corrupción interna descrita pola prensa e pecha o texto cunha reflexión sobre o modo de actuar en consecuencia. De ser certos os feitos que se describen, cabería imaxinar a sombra do cárcere caendo sobre a cúpula do Partido Popular. Con todo a análise xurídica dos feitos proba que nada estaría máis lonxe da realidade A publicación en prensa dun suposto caso de cobro sistemático de diñeiro negro por dirixentes do Partido Popular foi quen de converter a corrupción no tema principal da axenda mediática española, rexistrando incluso unha significativa repercusión internacional. As razóns deste impacto poden atoparse tanto no seu alcance político por afectar á cúpula do partido no goberno, como na súa extensión temporal por abarcar boa parte do actual período democrático. A gravidade do asunto, máis aló das oportunas consideracións morais, atópase na tipificación dos delitos presuntamente cometidos: evasión fiscal, financiamento ilegal do partido ou branqueo de capitais entre outros. De ser certos os feitos que se describen, cabería imaxinar a sombra do cárcere caendo sobre a cúpula do Partido Popular; ou, polo menos, sobre aqueles altos cargos cuxas firmas certificasen recibir sobres con diñeiro negro en efectivo. Con todo a análise xurídica dos feitos proba que nada estaría máis lonxe da realidade. Tal como se demostra a continuación, absolutamente ninguén entraría no cárcere, e todos poderían continuar exercendo cargos públicos. Xa fosen simplemente testemuñas pasivas, intermediarios ou altos cargos imputados a impunidade sería total. Dada a complexidade da trama, o gran número de actores e a diversidade dos posibles actos delituosos, divido a análise en tres partes. Na primeira, reviso a veracidade da información, na segunda examino a quen participarían na trama e na terceira a quen a organizaron. Finalmente, comparto unha reflexión un pouco para desafogarme e outro pouco para acompañar no transo a quen, como eu, entendemos que España está nun profundo proceso de cambio estrutural en cuxa dirección é necesario que participe a sociedade civil para evitar que esta crise acabe por converterse noutra errada transición. Veracidade da información publicada: non hai probas O carácter ilegal da operativa -a entrega en man de sobres con diñeiro en efectivo non contabilizado- estende a situación de ilegalidade tanto ao mecanismo de subministración do diñeiro utilizado como á actividade económica na que tiña a súa orixe A información baséase no testemuño dunha persoa tan próxima ás finanzas do partido como pode selo quen resultou ser o seu máximo responsable económico desde que fose fundado en 1989. Resulta difícil atopar unha testemuña máis acreditada ca esta. O testemuño describe un mecanismo de incentivos económicos localizado na estrutura executiva da organización que, por eludir as correspondentes obrigas tributarias, operaba na ilegalidade contable e fiscal. Por operar na ilegalidade, o sistema garantía o silencio dos seus partícipes; pola elevada contía dos incentivos aseguraba a complicidade de quen aspiraban a participar; e, debido ao alto custe que suporía a súa denuncia inhibía a quen, coñecéndoo, non desexaban -ou non podían- participar nel. O carácter ilegal da operativa -a entrega en man de sobres con diñeiro en efectivo non contabilizado- estende a situación de ilegalidade tanto ao mecanismo de subministración do diñeiro utilizado como á actividade económica na que tiña a súa orixe. Falta por ser publicado o único que podería converter o que parece verídico nun feito veraz: os recibos, asinados polos dirixentes involucrados, que acrediten a entrega de sobres ilegais e, con iso, a existencia deste mecanismo ilegal de incentivos A existencia deste mecanismo de incentivos parece plausible; o seu funcionamento entra dentro da lóxica da organización e explicaría a súa permanencia no máis absoluto segredo ao longo do tempo. Por se o testemuño do tesoureiro e a lóxica interna resultasen insuficientes para acreditar o relato dos feitos, os máis escépticos veriamos corroborada a súa veracidade nos testemuños que o ratifican de forma pública e en medios distintos ao que orixina a noticia. A historia xornalística é, desde o punto de vista literario, moi boa; pero cabe sinalar que a diferenza entre un traballo xornalístico e outro novelesco radica na posibilidade de presentar probas do que se afirma. E aquí é onde nos atopamos co primeiro escollo, pois falta por ser publicado o único que podería converter o que parece verídico nun feito veraz: os recibos, asinados polos dirixentes involucrados, que acrediten a entrega de sobres ilegais e, con iso, a existencia deste mecanismo ilegal de incentivos. Non é posible alegar a este respecto a necesidade de preservar o segredo profesional, pois este unicamente afecta á identidade das fontes, non ás probas que fan veraz a información. Poderiamos pechar aquí a cuestión e tratar de esclarecer os posibles intereses que poderían motivar a un editor xornalístico a difundir unha información sobre a que non publica probas pertinentes. Coñecida a dependencia por parte da prensa española a respecto das subvencións gobernamentais, o móbil económico podería resultar igual de plausible tal como foi publicado tamén. Pero supoñamos por un momento que acabe por instanciarse un proceso xudicial e analizemos as posibles responsabilidades penais nas que poderían incorrer as persoas implicadas nesta suposta trama. Para iso teremos que avaliar as posibles penas en función da súa específica casuística. Os beneficiarios de sobres: indemnes Cabería a posibilidade de que algúns dirixentes populares puidesen declarar o cobro destes sobres ante a Axencia Tributaria, en concepto de pago por produtividade ou algo similar Caso primeiro: os honrados. Están, ante todo, aquelas persoas que aceptaron sobres con diñeiro en efectivo. Coller un sobre con diñeiro non é algo ilegal per se; basta con declarar o ingreso en Facenda e xustificalo convenientemente. Cabería por tanto a posibilidade de que algúns dirixentes populares puidesen declarar o cobro destes sobres ante a Axencia Tributaria, en concepto de pago por produtividade ou algo similar. O suposto é pouco probable, posto que ao declarar un ingreso do que se presupón a súa ilegalidade estase a achegar probas indiciarias dun delito que o fisco podería detectar. En todo caso, e aínda sendo improbable, sería posible, o que nos leva ao primeiro caso de exculpación: pois, de darse ese suposto, quen declarase o ingreso de sobres quedaría exhonerado de toda responsabilidade, posto que a declaración dos ingresos supón o cumprimento da obriga fiscal e non implica o coñecemento da súa orixe. Caso primeiro pechado; non hai delicto. Resultado: ninguén vai ao cárcere. Caso segundo: os cargos intermedios. O máis probable, con todo, é que os perceptores non declarasen ese diñeiro á Facenda Pública. Supoñendo que o xuíz dispoña dos recibos asinados polo dirixente corrupto, nese caso habería que observar o montante das cantidades percibidas. Tal como establece o código penal, a contía defraudada debe superar os 120.000 euros para ser considerada delito fiscal. A non ser que o tesoureiro achegara recibos cobrados por un dirixente por un montante maior, a cousa quedaría circunscrita ao ámbito da infracción tributaria, que non leva inhabilitación nin pena de cárcere. Non podería probarse a existencia dun delito fiscal neste caso e o infractor como moito pagaría unha multa. Caso dous pechado; é unha infracción, non un delito. Resultado: ninguén vai ao cárcere. Tal como establece o código penal, a contía defraudada debe superar os 120.000 euros para ser considerada delito fiscal Caso terceiro: os altos cargos. Supoñamos que a policía entra á sede do Partido Popular e logra incautarse de recibos, asinados polos seus perceptores, de sobres cobrados e non declarados por algún dirixente e que superasen o fatídico límite dos 120.000 euros. É complicado, pero é posible e estariamos, entón si, no caso dun delito fiscal. Pero. Os delitos, tamén os fiscais, están afectados pola figura da prescrición, é dicir, a consolidación dunha situación de feito que causa a extinción dun dereito: neste caso, a extinción do dereito da Administración Tributaria para esixir as responsabilidades correspondentes. O tempo que define a prescrición dun delito establécese en función da pena imposta que, no caso de delito fiscal, depende da cantidade defraudada. Deste xeito temos que os de natureza fiscal, prescriben ao catro anos coa excepción dun suposto agravado que o fai aos dez. O suposto agravado analizareino despois en detalle; en canto ao estándar, nel precisamente atoparíanse os delitos presuntamente cometidos polos dirixentes do Partido Popular se damos por bo o testemuño xornalístico do tesoureiro: un testemuño que, xa sexa por azar ou por casualidade, sitúaos precisamente no ano 2009. Caso tres pechado; o delito prescribiu. Resultado, ninguén vai ao cárcere. Os delitos de natureza fiscal, prescriben ao catro anos coa excepción dun suposto agravado que o fai aos dez Caso cuarto: as testemuñas. Quedarían, finalmente, aquelas persoas que, sendo coñecedoras, non participaran na trama. En España, o coñecemento dun delito require a súa denuncia, a risco de pasar a ser considerado cómplice da súa comisión; estarían neste caso por exemplo os traballadores da sede e moitos dos militantes máis veteranos. Con todo, o delito non se materializa pola mera denuncia da súa comisión, senón que require ademais a presentación de probas que o testemuñen. Como xa se deixou sinalado, unicamente os recibos asinados poderían ser proba suficiente e, ao non participar na trama, non terían acceso a eles. Sen probas non hai delito, e sen delito non hai pena. Por tanto, caso cuarto pechado: as testemuñas son inocentes. Resultado: ninguén vai ao cárcere. Os organizadores: exculpados O Tribunal de Contas, precisa empregar polo menos cinco anos para completar as súas auditorías: calquera posible ilegalidade detectada entraría directamente no suposto de prescrición no mesmo momento da súa denuncia Caso quinto: os intermediarios. Mencionouse tamén a ilegalidade do mecanismo de subministración do diñeiro negro e, por tanto, a posible inculpación das persoas involucradas no seu funcionamento, á marxe xa dos executivos do partido beneficiados mediante os sobres. O relevante aquí é entender que, ao tratarse de ingresos asociados ao funcionamento do PP, sería tipificado como un caso de financiamento irregular do partido. Podería tratarse de doazóns ou de calquera outra orixe, tanto legal como ilegal. De novo, as infraccións atópanse suxeitas á figura da prescrición que, tras a modificación introducida en 2012 polo Partido Popular na lei, indica que as infraccións por financiamento irregular de partidos prescriben ao catro anos; de novo, posto que os feitos se cometeron no ano 2009, tamén estariamos ante un caso de prescrición. De feito, é este o mecanismo que utilizan os partidos para garantir a súa impunidade, posto que a institución encargada de monitorizar a súa contabilidade, o Tribunal de Contas, precisa empregar polo menos cinco anos para completar as súas auditorías: calquera posible ilegalidade detectada entraría directamente no suposto de prescrición no mesmo momento da súa denuncia. En calquera caso, suposto quinto pechado: non é delito senón infracción e, ademais, prescribiu. Resultado: ninguén vai ao cárcere. Caso sexto: os responsables intelectuais. Trataríase aquí do suposto de delito fiscal agravado antes mencionado, o que prescribe ao dez anos. A tipificación deste delito vén codificada no artigo 305 bis do Código Penal, e nel inclúense os delitos que superen os 600.000 euros, que utilizasen medios sofisticados para ocultar a identidade do defraudador -é dicir, o uso de paraísos fiscais, homes de palla, armazóns societarias ou similares- ou que se cometeron no seo dunha organización criminal. En canto a esta última posibilidade, basta referirse ao modo en que as grandes multinacionais utilizan eses mesmos mecanismos de forma impune para eliminalo da casuística; por outra banda, o diñeiro situado en paraíso fiscais quedaría regularizado mediante a amnistía fiscal decretada recentemente polo goberno. En canto ao límite de cartos, resulta inverosímil pensar que o tesoureiro poida deixar ao alcance dun xuíz recibos por un importe superior a eses 600.000 euros, posto que calquera cantidade inferior valeríalle para imputar a calquera librándose ao mesmo tempo do cárcere. En canto ao suposto restante, unicamente podería ser de aplicación se o Partido Popular chegase a ser considerado unha organización criminal. Deixo a xuízo do lector valorar as posibilidades pero, en ausencia de recibos que o impidan, tamén o caso sexto se pecha co mesmo resultado: non hai causa penal. Resultado: ninguén vai ao cárcere É posible que unha vez finalizado o xuízo e ser ditada a sentenza, esta poida perder parcial ou completamente o seu efecto en virtude desoutra institución que recentemente comezou a ser cuestionada: o indulto Caso sétimo, e último: os culpables. Finalmente, é posible que, a pesar de toda a casuística descrita, puidese haber persoas que contra todo prognóstico puidesen acabar no cárcere, como pode ser o caso do tesoureiro que dá conta destes feitos, imputado noutra trama quizá conectada con esta. A privación efectiva de liberdade é a única consecuencia seria que os políticos involucrados poderían temer, pois é o único que o diñeiro non pode comprar unha vez que a sentenza foi ditada. Supostamente, a institución xudicial é a máxima autoridade en materia penal e, por tanto, a única a quen poden temer estas persoas. Con todo, é posible que unha vez finalizado o xuízo e ser ditada a sentenza, esta poida perder parcial ou completamente o seu efecto en virtude desoutra institución que recentemente comezou a ser cuestionada: o indulto. Son ben coñecidos os casos de indultos que exoneran o cumprimento da pena mesmo en casos de torturas -probablemente, o máis grave dos delitos que poidan cometerse no seo dunha institución democrática. Nada lle impediría ao goberno indultar ao tesoureiro, ou a calquera outra persoa involucrada, unha vez ditada a sentenza. De darse o caso poderiamos tamén pechar o caso sétimo; o goberno indulta aos culpables. Resultado: ninguén acaba no cárcere. Conclusión: é necesaria unha mobilización xeral Na miña opinión o bombazo informativo responde a unha estratexia calculada na que ninguén vai ao cárcere e todos perden excepto o editor do xornal e o tesoureiro se o goberno cede á presión concedéndolles, respectivamente, a subvención e o indulto Non serei eu quen defenda aquí a institución carceraria nin tampouco quen poña en cuestión a veracidade da información publicada. Non vou ocultar, con todo, que na miña opinión o bombazo informativo responde a unha estratexia calculada na que ninguén vai ao cárcere e todos perden excepto o editor do xornal e o tesoureiro se o goberno cede á presión concedéndolles, respectivamente, a subvención e o indulto. Digo que todos perden porque fundamentalmente quen máis perde é a sociedade española, que no medio da maior recesión económica, atópase desprovista dunha elite gobernante capaz de exercer a función que ten encomendada. Recoñezo que me irrita o que podo deducir da información publicada, pero o certo é que nin existen probas nin tipos penais capaces de converter esa impactante historia xornalística nun proceso xudicial efectivo, polo que non vou deixar que esa irritación nubre o meu raciocinio ante o fenómeno da corrupción. Dificilmente poderá resolverse ese problema carecendo, como carecemos, dun contexto moral que a condene e dunha teoría sólida que explique por que a corrupción é un problema. A final de contas, cando a corrupción prospera é cando os medios proporcionados polas institucións correspondentes requiren un custo superior ao que ofrecen as redes de corrupción para lograr o mesmo obxectivo. Lamentablemente, nos lugares onde as redes clientelares están máis estendidas, como en Galicia ou Valencia, é moito máis eficiente desde o punto de vista económico dedicar recursos a prosperar dentro do Partido Popular que a formarse, facerse un curriculum e actuar de forma honesta. Emigrar é sempre unha opción á vista, iso en Galicia sabémolo ben. Nos lugares onde as redes clientelares están máis estendidas, como en Galicia ou Valencia, é moito máis eficiente desde o punto de vista económico dedicar recursos a prosperar dentro do Partido Popular que a formarse, facerse un curriculum e actuar de forma honesta. Por se a alguén puidese interesarlle a miña opinión, eu entendo que non é a corrupción o problema fundamental, como tampouco o é o Partido Popular, o PPSOE ou a Esquerrovergéncia. A corrupción é tan só unha consecuencia da estrutura política e a urdimbre moral das sociedades españolas, que converte o Estado nunha maquinaria demasiado ineficiente e custosa para satisfacer a función que a Teoría Política lle confire. Penso que o actual déficit estrutural e moral é unha consecuencia das dinámicas que nosas elites -iso que se deu en denominar popularmente como caste política ou, na súa versión académica, elites extractivas- pon en marcha para manter a súa posición dominante; e que as súas orixes poden identificarse no errado proceso de transición á democracia. A resolución do problema require, polo menos, modificar a Lei Electoral para que contemple o uso de listas abertas e a representación proporcional das nacións españolas, a modificación da Lei de Partidos para regular o seu financiamento e o seu funcionamento, e establecer os mecanismos de coordinación inter-territorial necesarios para facer viable a configuración federal que o texto da actual Constitución articula xa de feito. Non son grandes cambios nin requiren alterar a Constitución, que dá cabida a todo iso. E, de ser necesario modificala, ninguén debería asustarse: tivemos exemplos recentes de como un volume suficiente de presión política permite facelo sen grandes traumas institucionais. Iso si, ningún cambio relevante podería vir do actual sistema de partidos, que foi definido basicamente para preservar o actual status quo. Entón, como facelo posible? Non son grandes cambios nin requiren alterar a Constitución, que dá cabida a todo iso. E, de ser necesario modificala, ninguén debería asustarse: tivemos exemplos recentes de como un volume suficiente de presión política permite facelo sen grandes traumas institucionais Cando as estruturas políticas dun réxime non permiten a súa necesaria actualización só caben dúas saídas posibles: a mobilización social cívica ou, na súa falta, o conflito de violencia bélica e institucional. O conflito bélico é ben fácil de instanciar en España como ilustra a historia recente; calquera dos múltiples e profundos cleavages que atravesan a sociedade española testemúñano. A posta en marcha dunha mobilización social é en cambio bastante máis complexa posto que non apela tanto aos instintos primarios como á necesidade dunha reflexión colectiva que leve a determinar as causas da situación, identificar unha alternativa mellor e desvelar o modo de facela posible: pura praxeoloxía. Entendo que o fenómeno -que non movemento- do #15m contribuíu de forma efectiva na primeira do tres fases, pero aínda non existe un diagnóstico sólido da situación. Entendo que o fenómeno -que non movemento- do #15m contribuíu de forma efectiva na primeira do tres fases, pero aínda non existe un diagnóstico sólido da situación Existen algunhas propostas, como a que eu mesmo compartín no parágrafo anterior, para identificar esa alternativa mellor; pero para que poidan cristalizar é necesario que teña lugar un proceso colectivo de reflexión que polo momento aínda non eclosionou. En canto ao terceiro paso, é seguro supor que requirirá esgotar o amplo repertorio que a resistencia pacífica e a desobediencia civil ofrecen; pero esa é a parte que menos me preocupa: quen tivemos a oportunidade de participar na mobilización social que tivo lugar en resposta á parálise institucional na crise do Prestige, vimos como mesmo as sociedades máis precarizadas son capaces de atopar o seu propio camiño cando chega o momento. Só mediante a participación da cidadanía na dirección do actual proceso de adaptación ao novo escenario de gobernanza global poderemos evitar a execución dunha nova transición errada Só mediante a participación da cidadanía na dirección do actual proceso de adaptación ao novo escenario de gobernanza global poderemos evitar a execución dunha nova transición errada. A participación neste proceso non só optimizará as posibilidades de introducir as reformas sinaladas na estrutura política do Estado: sobre todo, permitirá reverter a degradación moral que se está facendo evidente nesta crise, ao tomar conciencia e dominio na xestión do que nos é común. A miña impresión é que ese proceso de cambio está xa en marcha, e que o tema da corrupción está a lograr precipitar o que empezou a cristalizar co fenómeno dos indignados. A risco de que a violencia bélica ou institucional tome a iniciativa, o que debemos facer é promover a mobilización xeneralizada, mobilizando a nosa contorna afectiva, laboral e político no sentido indicado -e deixándonos mobilizar por el. Ogallá que estas anotacións poidan contribuír a iso.
PRAZA_20352
Os traballadores, que presentaron as alegacións, aseguran a empresa dille ao GOberno galego que a segregación e a venda das centrais permitiría levar a cabo o plan industrial e aos accionistas que cos cartos obtidos "farán fronte ás débedas e reducirán a carga financeira"
O comité de Ferroatlántica compareceu este venres en rolda de prensa para dar a coñecer as alegacións presentadas á solicitude de autorización administrativa que a compañía fixo para o cambio de cotitularidade e a supresión do veto á segregación de actividades na Costa da Morte. Están supervisasdas, ao igual que o informe técnico-xurídico previo, polo profesor titular de Dereito administrativo, Carlos Aymerich, que durante a comparecencia acusou a empresa de dar diferentes argumentos segundo fose o receptor da mensaxe. Así, os traballadores culpan a Ferroglobe de asegurarlle á Xunta que a venda das centrais que permitiría a segregación pretende financiar o plan industrial para a comarca, mentres lle di aos seus accionistas que o obxectivo é "facer fronte ás débedas e reducir a carga financeira". Os traballadores acusan a empresa de dicirlle á Xunta que a segregación permitiría o plan industrial e aos accionistas que "farán fronte ás débedas e reducirán a carga financeira" Así, o comité instou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a dar unha resposta "rápida" e "de xustiza" á solicitude de segregación por parte da empresa, a quen acusa de caer en "contradicións" e de pretender realizar "unha nova operación especulativa" co obxectivo de amortizar débeda. En compañía de Aymerich, os traballadores deron a coñecer as novas alegacións, que chegan logo de que o profesor universitario elaborase un informe técnico xurídico sobre a posibilidade, consecuencias e condicións da transmisión do os aproveitamentos hidráulicos. Máis tarde, a compañía de Villar Mir fixera público outro estudo elaborado polos catedráticos de Dereito administrativo da USC José Luis Carro Fernández-Valmayor e Luis Míguez Macho que apuntaba a que a Xunta "non podería negarse" á petición de Ferroatlántica. Á espera de que este mes se dea a coñecer a resolución sobre a solicitude da segregación, Ferroatlántica teima en que a segregación é condición para poder desenvolver un plan industrial nas fábricas galegas. Pero os traballadores de Cee e Dumbría acusaron a empresa de incorrer en "contradicións" ao dar diferentes argumentos -a Xunta e accionistas- sobre a intencionalidade da segregación. O comité tivo acceso a un informe que a empresa presentou aos accionistas: "En Galicia di unha coussa e a eles, outra" O comité asegura que a pretensión de Ferroatlántica, que se reflictiría nun informe presentado aos seus accionistas, e ao que tivo acceso o comité- é conseguir a segregación para "amortizar as súas débedas e reducir a súa carga financeira". "En Galicia di unha cousa e aos seus accionistas outra", asegurou Aymerich, que di que detrás deste proceso de segregación "hai unha decisión política que tería consecuencias xurídicas". Neste sentido asegura que, no caso de que a Xunta aprobase a segregación, a concesión "tería que reverter á Administración" xa que legalmente non é posible que o actual concesionario manteña a concesión porque "desaparecería a causa" da mesma. Tería que iniciarse un novo procedemento de outorgamento. Ademais das contradicións da empresa e da obrigatoriedade de abrir un novo proceso en caso de aprobar a segregación, os traballadores insisten tamén en que non decaeu o interese público e, ante todo, defenden o mantemento das dúas actividades industriais baixo una mesma empresa. Así, reclaman á Xunta unha resposta negativa ante as intencións da firma do grupo Villar Mir. Entre tanto, os traballadores xa teñen convocada unha manifestación en Santiago para o día 8 de xullo, ademais dunha folga de 24 horas.
NOS_48222
As denuncias de malos tratos presentadas contra a residencia Mi Casa non sorprenderon en Pazos de Borbén. Segundo sinalan a Nós Diario varios veciños da localidade "era algo sabido en toda a zona desde hai tempo". Na mesma liña, critican que a Xunta da Galiza non teña actuado até facerse públicas diversas imaxes que evidencian a falla de calidade asistencial do centro de maiores.
"A veciñanza está escandalizada coas imaxes que saíron nos medios de comunicación, pero non a colle por sorpresa", comenta a Nós Diario un veciño de Pazos que quere gardar o anonimato. Esta persoa, destaca que "se sabía que a residencia funcionaba mal, que o trato aos maiores non era axeitado". Reincidentes O sindicalista da CIG Pedro Pérez coñece de vello o funcionamento da residencia Mi Casa de Pazos de Borbén. Así, en 2017 denunciou que "a dirección do centro confinou durante catro horas cinco usuarios da residencia para que a inspectora da Xunta non os atopase". Segundo Pérez, "unha vez que chegou a Garda Civil ao centro a petición da inspectora apareceron os cinco maiores, fechados no alpendre para agochar que a residencia tiña usuarios de mais". O centro de maiores volveu ocupar o primeiro plano da actualidade en maio de 2019. Naquela altura, a totalidade dos grupos que concorrían ás eleccións locais de Pazo de Borbén, agás o PP, denunciaron o empadroamento na residencia Mi Casa de 11 persoas doutras localidades, ningunha delas en idade de xubilación. As forzas da oposición entendían que con estes feitos o PP pretendía "engordar" artificialmente o censo, empregando canda a residencia como lugares de empadroamento para persoas alleas ao municipio, entre outras, vivendas propiedade de dous concelleiros do Partido Popular. Denuncias As denuncias chegaron á Xunta Electoral de Vigo e á Fiscalía. Así, o primeiro dos escritos, asinado polos representantes de Alternativa Veciñal, Ciudadanos, BNG e PSdeG, enumeraba os nomes de 11 persoas que se "empadroaron recentemente neste municipio (a metade o mesmo día, 27 de decembro de 2018), fixando a súa residencia na rúa da Igrexa, 5,Amoedo, Pazos de Borbén, sede dunha residencia de anciáns Mi Casa, non alcanzando ningún a idade oficial de xubilación. Sendo ademais os propietarios desta residencia de maiores, adxudicatarios por parte do Concello dun contrato de prestación de servizos de axuda no fogar". O voceiro de Alternativa Veciñal, Luciano Otero e o responsábel local do BNG de Pazos, Xurxo Pardo, saben destes dous escritos. Neste sentido, o primeiro lembra que "catro destas persoas estaban vinculadas ao equipo de fútbol sala da localidade, cuxo adestrador é o concelleiro de Deportes do PP, Francisco Amoedo Lorenzo, outra era o xornalista do concello e outra unha administrativa do concello contratada temporalmente". Xurxo Pardo significa as vinculacións entre parte das persoas empadroadas na residencia e o PP que goberna no municipio. A este respecto, destaca que "a Fiscalía certificou irregularidades nos feitos denunciados pero non observou materia penal".
NOS_41795
A manifestación convocada polo BNG o vindeiro día 15 e a cadea humana pola independencia de Catalunya no número 64
Máis un semanario nos quiosques e librarías do país desta volta coa soberanía como tema de portada. Coa manifestación do vindeiro 15 de setembro como albo, o BNG prepárase para encher as rúas da capital galega baixo o lema 'Por unha Galiza soberana'. Co portavoz nacional da organización frontista, Xavier Vence, conversamos sobre as razóns que levan ao Bloque a se manifestar. Mais tamén, debullamos o 'caso Bárcenas' e a crise institucional do Estado español que para o voceiro nacionalista reflicte a quebra do "modelo creado na Transición". Nas páxinas de Internacional, achegámonos até Catalunya con motivo da Diada. Neste 11 de setembro máis dun millón de catalás clamaron pola independencia na Vía Catalana. Unha cadea humana uniu de norte a sur un país que demanda o dereito democrático a se autodeterminar. Nas páxinas de Economía botamos a ollada ao número de persoas que perde cada hora a Seguridade Social no noso país. Tres. Con sindicatos e académicos explicamos as razóns que desmontan o discurso triunfalista do PP a respeito do descenso das taxas de desemprego. Após a inauguración da Casa Museo de Manuel María dedicamos unha extensa reportaxe nas páxinas de Cultura ao acto decorrido o pasado sábado na Casa de Hortas (Outeiro de Rei) no que artistas e intelectuais lembraron e honraron a memoria do poeta nacional. Coma cada semana en Andar a Terra visitamos un recuncho do país, desta volta levámosvos a Anceu (Ponte Caldelas). Todos estes contidos e moitos máis coma cada semana nos quiosques e librarías do país. Tamén na nosa loxa
NOS_3769
O candidato de En Marea fotografouse en Poio coa factoría de Ence como pano de fondo para testemuñar a aposta da súa formación política nunha mudanza radical na política da Xunta en materia de meio ambiente. Villares denunciou a complicidade de Feijóo perante o alargamento da concesión á pasteira por espazo de 60 anos por parte dun goberno, o de Rajoy, en funcións.
"Temos políticos tóxicos para Galiza e o seu até agora presidente Feijóo foi a súa peor bacteria", atacou Villares. O candidato de En Marea elevou o ton contra Feijóo, de quen dixo que ten en Ence a súa "porta xiratoria", en alusión a que un ex conselleiro do PP, Carlos del Álamo, é neste momento membro do consello de administración da pasteira. "Non é candidato á presidente, senón candidato a conselleiro dunha das multinacionais que hoxe están estragando o meio ambiente no noso país", dixo Villares. En Marea propón o saneamento integral das rías (para quintuplicar o número de postos de traballo que dependen neste momento delas) e transformar o Consello Galego de Medio Ambiente nun "ente vertebrador destas políticas"
NOS_15215
Volve á docencia e deixa detrás del un goberno municipal copado por edís non eleit@s nas urnas.
Ángel Currás deu esta segunda feira (10 de novembro) por fechada a súa etapa como concelleiro e alcalde da capital galega. Após as numerosas causas abertas --e pendentes-- coa xustiza por supostos delitos de corrupción e prevaricación, o que foi rexedor compostelán logo da demisión de Gerardo Conde Roa, presentou a renuncia á súa acta como edil. Marcha do Pazo de Raxoi e volve á docencia. Ángel Currás é doutror en Bioloxía e catedrádico de Ensinanza no IES Xelmírez I. Coa súa saída o Partido Popular goberna Compostela cun grupo municipal formado por maioría de edís non eleit@s. A decisión devén da frustrada operación deseñada pola dirección do Partido Popular que visaba colocar a Currás á fronte da empresa pública Tragsa. As críticas non tardaron en chegar e Alberto Núñez Feijóo rematou por fechar a porta ao ex-alcalde. Agora, Currás di marchar decepcionado da equipa de goberno municipal da que foi até hoxe tenente de alcalde, rexedor e concelleiro de Relacións Institucionais.
PRAZA_4564
Esta semana presentouse a ILP estatal que busca levar ao Congreso a proposta para a instauración en España dunha renda básica para todos os cidadáns e cidadás. Falamos con Bieito Lorenzo Penela, do grupo galego divulgador desta iniciativa.
Esta semana rexistrouse no Congreso a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que pide una renda básica universal para toda a cidadanía, impulsada polo Movemento contra o Paro e a Precariedade. Nos vindeiros nove meses debe reunir medio millón de sinaturas en todo o Estado, para ter a opción de poder ser debatida na cámara. A proposta establece "o dereito de toda persoa, polo feito de haber nado, a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas" e fixa esta cantidade no 60% da mediana da distribución dos ingresos por unidade de consumo, é dicir, 645,33 euros mensuais. Nunha primeira fase, afectaría a todas as persoas domiciliadas no Estado español e inscritas no Servizo Público de Emprego que non teñan cobertura por desemprego nin dispoñan doutros ingresos, ou que estes sexan inferiores a eses 645,33 euros mensuais. Na segunda fase ampliaríase ese dereito ao resto da poboación. A proposta, que vén precedida dunha campaña a nivel de toda a UE para impulsar estas iniciativas ante a Comisión Europea, xa espertou críticas ás súas dificultades de financiamento. Falamos con Bieito Lorenzo Penela, do grupo galego divulgador desta iniciativa. "Hai un ano, en moitos estados europeos, a palabra Renda Básica non aparecía nin sequera como palabra-chave nos buscadores de internet, e hoxe practicamente todos os países de Europa posúen algunha organización que a impulse" Como valorades o proceso da Iniciativa de Cidadanía Europea, que se pechou esta semana sen acadar o número de sinaturas esixidas? O certo é que non se acadou o millón de sinaturas e mesmo ficamos lonxe, con algo menos de 300.000. Porén, consideramos que a campaña foi un éxito. Temos que saber de onde partiamos: Hai un ano, en moitos estados europeos, a palabra Renda Básica non aparecía nin sequera como palabra-chave nos buscadores de internet, e hoxe practicamente todos os países de Europa posúen algunha organización que impulse a Renda Básica. Ás organizacións mencionadas sumáronse partidos ou movementos, cun exemplo moi importante en Bulgaria co apoio do sindicato maioritario. No noso Estado, ás organizacións clásicas (Red-Renda Básica, Baladre e Arenci) sumáronse, ou ampliaron o seu apoio, outras como Espazo ecosocialista, Equo, Anova ou Foro Cívico Somos Maioría... En resumo, estase a construír un importante movemento coordenado en Europa. De feito, se observamos a evolución dos apoios vemos que a campaña realmente non se iniciou ata abril por falta de medios técnicos (o que motivou que os organizadores pedisen unha prórroga) e o primeiro impulso importante deuse a partir de setembro, cando se organizan os movementos de que falaba, cun final certamente explosivo no último mes, onde creo que se conseguiron máis da terceira parte do total de apoios. Se a campaña tivese unha prórroga o resultado non sería o mesmo. "Polo cambio tecnolóxico e a imposibilidade de manter un crecemento constante do PIB nun planeta finito, xa non é posíbel o pleno emprego, polo que a Renda Básica non é que sexa positiva, senón necesaria para saírmos desta crise" Que percorrido credes que vai ter a ILP estatal? O contexto está xa maduro ou a súa importancia ten máis que ver con incrementar o coñecemento e a implicación da cidadanía e os colectivos sociais coa proposta? Polo que acabo de dicir antes a ILP estatal non se lanza só como unha campaña para dar a coñecer a idea, que certamente é aínda moi necesario. A experiencia da ILP europea fainos pensar que é factíbel conseguir as sinaturas se somos quen de artellar un forte movemento de apoio. Certamente as sinaturas (500.000), o feito de ser en papel e o prazo máis reducido (nove meses) non axudan, pero temos esperanza. Engadiría que non é só esperanza. É necesario conseguilo: A curto prazo, a situación de paro e precariedade está a chegar, se non o fixo xa, a niveis insoportábeis que fan necesaria unha saída xa á crise social. A medio e longo prazo consideramos que, polo cambio tecnolóxico e a imposibilidade de manter un crecemento constante do PIB nun planeta finito, xa non é posíbel o pleno emprego, polo que a Renda Básica non é que sexa positiva, senón necesaria para saírmos desta crise. Como resumirías, nun minuto, as vantaxes que a renda básica universal tería para a sociedade no seu conxunto? Inmediatamente supón a fin da miseria e mesmo da pobreza, con todo o que iso representa. Tamén teremos evitado os perigos dunha sociedade que pretende o pleno emprego (a actual) enfrontada á realidade do cambio tecnolóxico que o destrúe sen recambio. E estaremos nunha sociedade capaz de evitar a trampa do crecemento continuo. Pero tamén podo mencionar outros puntos nos que vai influír: unha maior cota de liberdade individual, especialmente para aqueles sectores que hoxe teñen menos, pois con paro e precariedade a liberdade está moi condicionada. E tamén de liberdade colectiva, ao estarmos a vivir nunha sociedade máis igualitaria. "Vai influír nunha maior cota de liberdade individual, especialmente para aqueles sectores que hoxe teñen menos, pois con paro e precariedade a liberdade está moi condicionada. E tamén de liberdade colectiva, ao estarmos a vivir nunha sociedade máis igualitaria" Na educación, coido que remataría ou se reduciría a presión social contra o sistema educativo para que forme traballadores (licenciados, obreiros, técnicos...) no canto de formar persoas. A mocidade sería favorecida na busca da súa autonomía, igual que a aqueles sectores de mulleres que seguen a ser dependentes. A caridade, en tanto que tal, desaparecería coa pobreza (manteríase, obviamente, a solidariedade ante situacións de necesidade, cando fose necesario). diminuiría a delincuencia relacionada coa miseria e a pobreza, e sería máis difícil a explotación, o traballo escravo, infantil ou a prostitución. Sería importante poñer en marcha, de inmediato, a fase previa que se propón, que achegaría unha renda de integración ás persoas en peor situación? As rendas de integración en tanto que tales xa existen na maioría, senón en todas as comunidades autónomas, se ben con moitas diversidades. Non é igual a RISGA galega que a vasca, en prestacións, condiciónalidade ou graciabilidade. O que se pretende, dende o meu punto de vista, é que a Renda Básica sexa un dereito esixíbel, perdendo ese carácter de graciabilidade, cunhas condicións definidas e obxectivas, non dependentes de opinións duns servizos sociais, por moi ben intencionados que sexan, ou, aínda peor, das dispoñibilidades orzamentarias, e que este dereito estea recoñecido para todos o territorio do Estado, como o que é: un dereito fundamental. En canto a súa necesidade neste momento coido que non hai que se estender moito, dada a situación de paro e precariedade existente. "Unha porcentaxe entre o 10 e o 15% da poboación máis rica sairía perdendo. Unha porcentaxe similar quedaría nunha situación parecida á actual, e entre un 70 e un 80% da poboación situada nos niveis inferiores de renda dos outros dous grupos sairía gañando coa reforma" A proposta recibiu xa críticas, a maior parte relacionadas coa súas suposta "inviabilidade" económica. Como se financiaría? O tema do financiamento é certamente un dos máis polémicos e por onde se realizan os maiores ataques á Renda Básica. O primeiro que debemos entender é que a Renda Básica non pretende ser un novo gasto do Estado, como quen constrúe unha estrada ou un colexio, a partir duns ingresos máis ou menos fixos. Realmente trátase dunha política redistributiva de suma 0, na que o Estado ocupa un mero posto de intermediario (de feito o gasto do Estado en tanto que tal diminuiría, ao non ser necesarias tantas inspeccións). O que hai que comprobar é se factíbel ou non, cal sería o seu custe e quen o soportaría. A estes efectos, no Estado español o traballo máis fiábel entendo que é o publicado polos membros da redrendabásica, Arcaróns, Raventós e Torrens, tomando como base a comunidade catalá, sendo o máis completo e actual, publicado en Sinpermiso o día 1 de decembro do ano pasado. En resumo, o traballo chega á conclusión de que a gran maioría da poboación resultaría gañadora respecto da situación actual. Unha porcentaxe entre o 10 e o 15% da poboación máis rica sairía perdendo. Unha porcentaxe similar quedaría nunha situación parecida á actual, dependendo da situación dos seus respectivos fogares, e entre un 70 e un 80% da poboación situada nos niveis inferiores de renda dos outros dous grupos sairía gañando coa reforma. Por certo, hai que sinalar que neste traballo se detectou unha grande bolsa de fraude fiscal, Esta fraude fiscal, situada nos sectores máis favorecidos da sociedade, si vai representar un dos grandes problemas a resolver pola Renda Básica. Hai que aclarar que este estudio demostra con datos a viabilidade da Renda Básica a partir dunha reforma do IRPF, o que non necesariamente ten que ser así. De feito o movemento a prol da Renda Básica é un movemento moi plural, polo que non é de estrañar que haxa múltiples propostas de financiamento, máis ou menos elaboradas. "Adicionalmente, hai que considerar que o traballo doméstico e o voluntario se realizan de forma gratuíta, de forma non asalariada" Outras críticas apuntan a que a garantía de contar con estes ingresos levaría a unha sociedade preguiceira, subsidiada ou dependente, con menores estímulos para o progreso persoal. Que opinas destas visións? O problema real hoxe é que moita xente quere traballar a cambio dun salario e non pode. Por outra banda, a Renda Básica, como o seu nome indica, é básica (645,33 euros). Se queres mellorar no nivel de vida, facer unha viaxe, mercar un iPad..., vas ter que traballar. O que si non aceptarás é calquera condición no traballo. En certo sentido coa Renda Básica é coma se desaparecese o exército de parados que condiciona as actuais relacións laborais entre empregadores e traballadores, que fai que sexan tan desiguais. Por outra banda, hai enquisas que demostran a distinta percepción que temos sobre esta cuestión cando nos referimos a nós mesmos e a outros. Creo lembrar que o resultado era que o 80 % dos entrevistados pensaban que eles non caerían na vagancia e seguiría traballando. A mesma porcentaxe pensaba que os outros si o farían. Adicionalmente, hai que considerar que o traballo doméstico e o voluntario se realizan de forma gratuíta, de forma non asalariada. O que si podemos esperar é unha modificación en aspectos importantes do mundo do traballo: Unha revalorización de traballos hoxe mal pagados, un previsíbel aumento dos traballos a tempo parcial ou temporais, un aumento dos incentivos a novos autónomos ao diminuír o risco. A fin da chantaxe do emprego contra poboacións enteiras (Eurovegas, Corcoesto) e mesmo un maior peso dos sindicatos como organizacións de negociación e presión (caixas de resistencia).
NOS_49245
O CIS non só estima o hipotético resultado eleitoral dos partidos, tamén avalía os líderes das diferentes formacións. No caso de En Marea, submeteron a consideración dos cidadáns a figura de Antón Gómez-Reino, parlamentar de Podemos eleito por A Coruña.
Embora ser Alexandra González a portavoz de En Marea nos primeiros compases da lexislatura -a portavocía é rotatoria-, o instituto demoscópico público non perguntou por ela ás persoas inquiridas nesta sondaxe, senón por Antón Gómez-Reino, referente de Podemos e persoa moi próxima a Pablo Iglesias, non así a Breogán Riobóo, secretario xeral da formación na Galiza, co que mantén serias diferenzas políticas. Gómez-Reino non sae ben puntuado na súa primeira comparecencia nesta enquisa. De facto, obtén o peor índice de todos os líderes políticos, o 2,28%, mesmo por debaixo do referente da organización que acotío fecha a cancela do CIS, EH Bildu, cuxa parlamentar Marian Beitialarrangoitia se alza co 2,96%. A percentaxe de populación que valora Gómez-Reino é só do 1,6% do total estatal, praticamente o mesmo grao de apoio que o inquérito outorgaría a En Marea para o suposto duns novos comicios xerais (1,7%) Hai que ter en conta, para ponderar o dado, que a percentaxe de populación que valora Gómez-Reino -isto é, que di coñecelo- é só do 1,6% do total estatal, praticamente o mesmo grao de apoio que o inquérito outorgaría a En Marea para o suposto duns novos comicios xerais (1,7%). O 94% di non coñecelo. O líder máis valorado do Estado é Alberto Garzón, co 4,68%. Despois del vai Xavier Domenech, de En Comú Podem, co 4,26%. Canto aos dirixentes dos partidos estatais con opción de goberno, lideraría Albert Rivera, co 3,92%, por cima da dupla Pablo Iglesias-Pedro Sánchez, emparellados en práctico empate técnico (3,78% para o podemita, 3,75% para o socialdemócrata). Rajoy vai bastante rezagado, co 3,08%. O resto de referentes fica así: Ana María Oramas (Coalición Canaria), 3,66; Aitor Esteban (PNV), 3,58%; Gabriel Rufián (ERC), 3,56%. Joan Baldoví (Compromís), 3,37%; Francesc Homs (Democrácia i Llibertat), 3,17%.
NOS_40805
O Día das Artes Galegas 2018, que o presente ano protagoniza Maruxa Mallo, dedicaráselle a unha destas catro persoas: o arquitecto Alejandro de La Sota; o arquitecto Antonio Palacios; o artista Luís Seoane e o pintor Julio Argüelles. A decisión será adoptara pleno da Real Academia Galega de Belas Artes que terá lugar o 24 de xuño.
O plenario da Real Academia Galega de Belas Artes, que se reuniu na mañá do sábado, 29 de abril, na súa sede da Coruña, recibiu un total de catro candidaturas para o Día das Artes Galegas en 2018, segundo puido coñecer Sermos Galiza. Trátase de Alejandro de la Sota, proposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza; Luís Seoane, apoiado pola Real Academia Galega e a Agrupación Cultura Alexandre Bóveda; Antonio Palacios, proposto por un grupo de académicos, e Julio Argüelles, proposto pola Sociedade Artística Ferrolana. O artista ao que se lle dedique o Día das Artes Galegas o ano que vén será elixido na sesión plenaria que terá lugar o sábado 24 de xuño. Será entón cando se coñeza o nome da persoa que precederá Maruxa Mallo, a homenaxeada de 2018. Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913-Madrid, 1996) foi o arquitecto de obras como o Colexio-Residencia da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1966-1967); do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra (1966); da Biblioteca Universitaria de Santiago (1990) ou do Banco Pastor de Pontevedra (1974). Tamén foi o arquitecto de obras alén do país, como a Pedanía de Esquivel, en Sevilla; as Vivendas da Rúa Prior, de Salamanca, ou o Colexio Maior César Carlos, de Madrid. Pintor, escritor e xornalista, Luís Seoane (Buenos Aires, 1919-A Coruña, 1979) deulle á plástica galega unha creatividade comprometida co seu tempo. O tamén debuxante, gravador, cartelista e deseñador de libros e cerámica é autor dunha obra tan extensa como as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. As súas pinturas reflicten o amor a Galiza e universalizan paisaxes, símbolos e personaxes galegos. Foi o homenaxeado do Día das Letras Galegas en 1994. Antonio Palacios (O Porriño, 1874-Madrid, 1945) é o arquitecto da casa consistorial do Porriño (1918); da Fonte do Cristo, no mesmo concello (1904); do monumento á Virxe da Roca en Baiona (1910); do Teatro García Barbón de Vigo (1926-1927); do Hotel-Sanatorio de Mondariz (1917) ou do Templo da Vera Cruz do Carballiño (1943-1960). Aliás, desenvolveu a súa traxectoria como arquitecto en Madrid con obras como o Gran Casino; o Palacio de Comunicacións; o Hospital de Jornaleros de Maudes; o edificio para o Círculo de Belas Artes ou o Banco do Río da Plata. Julio Fernández Argüelles (Astorga, León 1923-A Coruña, 2002) é un dos grandes pintores galegos dos últimos anos e foi presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, así como un dos fundadores da editorial Citania en Buenos Aires en 1957. Argüelles foi quen promoveu as candidaturas da muralla de Lugo e, posteriormente, a da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade.
NOS_18731
Asime pide unha reforma do mercado enerxético.
Máis de medio cento de empresas do sector do metal na Galiza están a valorar fechar plantas ou eliminar quendas de traballo aducindo que viven unha "situación dramática" polo "incremento de até 300% do prezo da enerxía no último ano", o que afectaría a uns 1.200 empregos de forma directa. O naval galego perdeu máis de 20% do emprego desde o inicio da pandemia Así o trasladou o secretario xeral da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), Enrique Mallón, que lamentou o "alto impacto" que está a ter a suba da electricidade para a industria e a "imprevisión" por non saber que prezo se pagará no futuro. Nun encontro organizado por Asime para debater sobre os custos enerxéticos que "afogan" as firmas, Mallón afirmou que a situación é "peor da esperada", con decenas de empresas que se expoñen a parar parte ou toda a súa produción e mesmo fechar debido a "non poder soportar" o incremento do custo da luz, que "nalgúns casos alcanza 300%". "Seguramente máis empresas estean a valorar esta medida e aínda non nolo comunicaron", augurou o directivo. "O peor de todo é a imprevisión, a falta de coñecemento sobre o que vai suceder mañá ou dentro dun mes". A factura da luz encareceu 44% respecto ao ano 2021 e 102% en relación a 2020 "As empresas non coñecemos cales van ser os nosos custos enerxéticos e por tanto que alguén nos explique como se pode producir se non sabes cal vai ser o teu custo", criticou Mallón. Por todo iso, o secretario xeral de Asime solicitou ao Goberno do Estado español e á Unión Europea (UE) que poñan mans no asunto e que leven a cabo unha reforma profunda do mercado enerxético e dean solucións e apoien a industria galega. O BNG reclama nacionalizar as grandes eléctricas: "A enerxía é un ben esencial e debe ser público" Mallón referiuse aos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) do Vehículo Eléctrico e Conectado e do Naval. Sobre o primeiro, indicou que os 15 millóns que recibirá Stellantis Vigo "non son gran cousa", referíndose a que outras autonomías obtiveron moitas máis axudas. En canto ao Perte do Naval, indicou que os prazos son "xustos", mais subliñou que na Galiza se traballa en varios proxectos que aspirarán a ser perceptores dos fondos da Unión Europea.
NOS_8560
O sector dirixente foi apoiado na súa proposta de analizar as opcións electorais en cada localidade e despois decidir, en contra da posición da militancia crítica, que defendía a renuncia aos comicios e aposta por "un grupo parlamentar galego" en Madrid.
Anova estudará en cada concello a súa posíbel presenza nas municipais de maio de 2015, logo de que a II asemblea da organización rexeitase en votación a proposta do sector crítico Cerna, que defendía a renuncia expresa a presentarse aos comicios para formar parte das Mareas ou movementos semellantes, que tamén contan co apoio da liña oficial, que aínda así prefire estudar cada caso concreto. Eyré afirma que BNG e IU son "irrelevantes" Suma así outra derrota Cerna, cuxa postura foi posta en palabras por Luís Eyré, que pronunciou un discurso en que criticou a súa propia organización e tamén a BNG e especialmente Izquierda Unida -socio de Anova en AGE- á que acusou de "sectaria". Estas dúas últimas organizacións foron cualificadas de "irrelevantes" polo veterano nacionalista, que así mesmo se amosou favorábel a intentar obter "un grupo parlamentar galego no Congreso de Madrid" nas eleccións xerais de dentro dun ano. Vergoña En contra da proposta de Cerna falou Alberto Lema, que dixo que "non temos tanta vergoña de Anova como para renunciar ás eleccións" e apoiou que se analice cada caso e se tome a decisión concello a concello.
NOS_37983
O Eurostat divulgou as estatísticas do desemprego de março, que apontam para 19,2 milhões de desempregados nos 17 países da zona euro
A recessão e a austeridade continuam a aumentar o número de trabalhadores sem emprego na Europa. No conjunto dos 27 países da União Europeia, o Eurostat aponta para 26,5 milhões de desempregados, com uma taxa de 10,9%. A Grécia (com 27% de desempregados) e a Espanha (com 26,9%) lideram a lista deste organismo europeu de estatísticas, seguindo-se Portugal, com uma taxa de 17,3%, inalterada desde fevereiro mas 2,2% superior à registada no mesmo mês do ano passado. Os números para Portugal revelam ainda o aumento do desemprego jovem em março, com a taxa a subir duas décimas num mês, para os 38,5%. Apenas a Grécia Grécia (59,1% em Janeiro), Espanha (55,9%) e Itália (38,4%) têm mais desemprego jovem que o nosso país. No conjunto da zona euro esta taxa é de 24%, um pouco acima da média dos 27 países da UE, que é de 23,4%. O Eurostat usa um método comum aos 27 países para que os valores possam ser comparados, pelo que os valores apresentados podem não coincidir com os que são divulgados pelo Instituto Nacional de Estatística. A evolução do desemprego no último ano tem sido de agravamento na zona euro, passando de 11% em março de 2012 para 12,1% no mês passado. No mesmo período, segundo os cálculos do Eurostat, o desemprego em Portugal subiu de 15,1% para 17,5%, a maior subida a seguir à Grécia, Chipre e Espanha. Quem não acompanha esta subida generalizada do desemprego é a Alemanha, que manteve a sua taxa nos 6,9%, próxima do valor mínimo atingido desde a reunificação do país em 1990.
NOS_30102
As empresas Pfizer- BioNTech anunciaron que planean solicitar a autorización da Administración de Medicamentos e Alimentos dos Estados Unidos (FDA, polas súas siglas en inglés) para a administración dunha terceira dose da súa vacina contra a Covif-19, co obxectivo de brindar "unha protección aínda maior".
Nun comunicado, Pfizer-BioNTech explicaron que existen "datos alentadores" que publicarán nas próximas semanas sobre a dose de reforzo xa que proporciona niveis de anticorpos neutralizantes de cinco a dez veces máis altos cando se administra seis meses despois da segunda dose. "Con base na totalidade dos datos até a data, Pfizer- BioNTech considerou que unha terceira dose pode ser beneficiosa dentro dos 6 a 12 meses posteriores á segunda dose para manter os niveis máis altos de protección", dixeron. Así mesmo, o laboratorio Pfizer tamén informou de que está en fase de preparación dos ensaios clínicos unha vacina modificada dirixida especificamente á variante Delta, aínda que especificou que considera que unha terceira dose da vacina orixinal sería un mellor antídoto contra a enfermidade e esta variante. Despois da declaración, as autoridades sanitarias dos Estados Unidos emitiron un comunicado conxunto no cal incidiron en que "os estadounidenses que foron completamente vacinados non necesitan unha vacina de reforzo neste momento". "As autoridades sanitarias -a FDA, os Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades de Estados Unidos (CDC, polas súas siglas en inglés) e os Institutos Nacionais de Saúde de Estados Unidos ( NIH, polas súas siglas en inglés)-, participan nun proceso rigoroso baseado na ciencia para considerar se podería ser necesario un reforzo", explicaron segundo recolle CNN. "Continuamos revisando calquera dato novo a medida que estea dispoñíbel e manteremos informado o público. Estamos preparados para doses de reforzo a condición de que a ciencia demostre que son necesarias", engadiron. Moderna tamén apunta a unha terceira dose Por outra banda, o director executivo de Moderna, Stéphane Bancel, anunciou no mes de maio que ao remate do verán deberán empezar a pór ujnha terceira dose ás primeiras persoas en recibir a inicial.
NOS_31681
O Celta asinou ante o Sevilla a súa terceira vitoria consecutiva como local (2-0), mentres o Depor caía en Vallecas ante o Rayo (2-1) nunha nefasta primeira parte
Celta e Depor asinaron a cara e a cruz das equipas galegas de futbol en primeira división nesta xornada. Os do sur atinxiron ante o Sevilla a súa terceira vitoria consecutiva en Balaídos ao derrotaren aos andaluces por dous goles a cero. O equipo do norte da Galiza, porén, caía en Vallecas (2-1) ante o Rayo e acumula xa tres derrotas consecutivas. Os celtistas derrotaron ao Sevilla sen facer un dos seus mellores partidos desta temporada, mais bastoulles os goles de Iago Aspas e De Lucas (este, ao pouco de entrar ao campo) para levar os tres puntos e ir avanzando na súa consolidación fóra das zonas perigosas e escalar postos na táboa clasificatoria. Pola contra, o Deportivo caeu en Vallecas. Os tres goles foron na primeira parte, tanto os do Rayo (Piti no minuto 18 e José Carlos 10 minutos despois) como o do Deportivo (no 41 obra de Pizzi). Finalizado o partido, o adestrador do Depor, Oltra, recoñecía o seu malestar co xogo dos eu equipo na primeira parte. "Foi aí cando o Rayo nos superou en intensidade, carácter...". Mais na segunda parte, e sen realizaren un gran xogo, o Depor estivo a piques de empatar por mor da fraxilidade da defensa rayista. Valerón recoñeceu que a derrota "ponnos nunha situación difícil". O Deportivo ten só seis puntos na clasifficación e o seu próximo rival será o Barça. Tampouco a vindeira xornada vai ser doada para o Celta, que ten que viaxar a Madrid para enfrontarse al Real Madrid.
NOS_17922
"As mulleres e homes da nación galega tomamos nas nosas mans a responsabilidade de construír un futuro diferente, libre do Estado español e a UE". Así se recolle no manifesto fundacional de GpS, subscrito por máis de 200 persoas, e con vontade de sumar. Dezasete persoas compoñen a Coordinadora do proxecto
Este sábado vén de se constituír en Compostela a iniciativa social Galiza pola Soberanía (GPS). A iniciativa pretende, tal e como recolle o seu manifesto fundacional, promover por vías democráticas -que teñan como eixo basilar o diálogo, o debate, a axitación social e a mobilización-, a tomada de consciencia da maioría do pobo galego no proceso de construcción nacional e no camiño de se dotar dun estado propio. Entre os asinantes do manifesto, desde Sés e Xurxo Souto até Dionisio Pereira, O Carrabouxo, Sechu Sende, Francisco Sampedro ou Kiko Nieves. Por citar só algúns nomes coñecidos Na xuntanza, máis de 200 persoas deron o seu apoio ao manifesto fundacional da iniciativa. Aliás, trazáronse as principais liñas estratéxicas e de intervención; e procedeuse a nomear unha coordinadora. Deste organismo forman parte diferentes persoas de traxectorias e procedencias diversas: Maurício Castro (Ferrol), Elvira Souto (Teo), Vítor Vaqueiro (Vigo), Paula Ríos (Compostela), Teresa Moure (Compostela), Breixo Lousada (Vigo), Marta Dacosta (Gondomar), Xosé Manuel Casal (A Pobra do Caramiñal), Duarte Correa (Cambados), Francisco Miranda (Vigo) ,Paulo Martearena, 'Nahuel', (Compostela), Andrea Martínez (Ribadeo), Aurélio Lópes (Compostela), Miguel Cuba (Burela), Sabela Fraga (Vigo), Pablo Prado (Ponte-Areias) e Ana Costoya (A Maía) Independencia: Desexo e necesidade No manifesto, apúntase a que o Estado español é responsábel do desmantelamento dos sectores produtivos galegos, así como de campañas sistemáticas de asimilación cultural e lingüística. Aliás, o proxecto español vai da man de recortes en dereitos sociais e cidadás, tanto colectivos como individuais. @s asinantes do manifesto parten do convencimento de que un futuro para a maioría d@s galeg@s só pode ser posíbel pola conquista da plena soberanía Nunha situación crítica para o pobo galego e con sinais de alerta en eidos como o demográfico, o actual marco autonómico non é válido, subscriben os asinantes deste manifesto. Así, "as mulleres e homes da nación galega tomamos nas nosas mans a responsabilidade de construír un futuro diferente, libre das políticas impostas polo Estado español e UE Si se pode Neste manifesto fundacional de GpS tamén se apunta que, malia o machucante discurso globalizador, "só nos últimos 20 anos xurdiron na Europa 12 novas nacións independentes e muitas outras manifestan o seu desexo de se constituíren en estados por medios abertos, democráticos e cívicos, baseados en consultas à cidadanía". "Só nos últimos 20 anos xurdiron na Europa 12 novas nacións independentes e muitas outras manifestan o seu desexo de se constituíren en estados" Por todo o exposto no manifesto, estas 200 persoas, de idades e procedentes diferentes, de profesións diversas, de ideoloxías e sensibilidades heteroxéneas, fan un chamamento á cidadanía galega. Un chamamento para traballar no camiño de se dotar "dun Estado Galego, anti-patriarcal, social, laico e radicalmente democrático con base nunha república para construírmos, de maneira pacífica e solidaria, unha sociedade xusta, libre e verdadeiramente igualitaria".
NOS_28909
Familiares de persoas residentes no centro DomusVi de Cangas, impulsan unha querela contra as responsábeis do grupo privado de residencias de anciáns, "líder en casos positivos por COVID-19 nas residencias da Galiza", segundo recolle o escrito de acusación presentado ante a Xustiza, máis do propio centro.
Familiares de persoas residentes no centro DomusVi de Cangas, impulsan unha querela contra as responsábeis do grupo privado de residencias de anciáns, "líder en casos positivos por COVID-19 nas residencias da Galiza", segundo recolle o escrito de acusación presentado ante a Xustiza, máis do propio centro. A querela parte de varias familias afectadas pola que consideran "unha nefasta xestión da crise sanitaria na residencia DomusVi de Aldán, en Cangas" durante dous meses nos que foron ignoradas mentres as súas parentes sufrían o desamparo tanto da dirección do centro como da propia Xunta, encargada de supervisar o servizo e a atención das persoas maiores residentes. Por este motivo, o escrito estende a súa acusación o persoal da Administración galega responsábel de velar polas persoas maiores dependentes. Así, a querela á que tivo acceso Nós Diario, acusa a CEO do DomusVi España e administradora única de Geriatros, a directora do centro residencial DomusVi de Cangas, a xefa do Servizo de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta pola posíbel comisión dun delito de omisión de socorro, abandono de persoas incapaces, lesións e homicidio, nestes dous casos, por imprudencia profesional grave. Neglixencia e desleixo A acusación ampárase nunha extensa documentación achegada polas familias querelantes. Segundo recolle o escrito de acusación, as súas contribucións ilustran "unha conduta neglixente, imprudente e errática" por parte das persoas quereladas, responsábeis directas do abandono das 152 usuarias coas que contaba o centro DomusVi de Aldán no inicio da pandemia, en especial "das residentes que están baixo garda e custodia do persoal do centro residencial", ante a situación de vulnerabilidade e indefensión extraordinaria que padecen estas persoas na súa condición de grandes dependentes. (Podes ler o artigo íntegro no Nós Diario de hoxe, número 116, á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja)
NOS_11774
Marica Campo (Val do Mao, O Incio, 1948) practica unha literatura de forte pegada lírica. Procurou rescatar figuras femininas das mans do patriarcado. Nunca cedeu ás modas hexemónicas. Escribiu en todos os xéneros e en todas as formas, mesmo en sextinas. A plataforma de crítica feminista A Sega escolleuna para lle dedicar o quinto Día das Galegas nas Letras.
A xornada de celebración será esta cuarta feira, 15 de agosto, no Parque da Milagrosa en Lugo. A partir das 12.00 da mañá, unha "ruta imaxinaria" percorrerá a obra de Campo. Entre o seu Tras as portas do rostro (1992) -serodio debut poético en verso libre- e Onde houbo lume (2010), a autora vén tecendo un corpo literario singular que a poeta Lara Rozados definiu con tres adxectivos: "Prolífico, maduro e diverso". O xantar compartido, previa lectura do manifesto Os ollos das patacas co que se homenaxea a escritora do Incio, dará paso ao groso da celebración. Entre as catro da tarde e as nove da noite haberá contos a cargo de Vero Ríos; música de Raiceira, Xaora, Paloma Suanzes e Mercedes Peón; lectura de fragmentos da obra de Campo por Ana Torres, Tereixa Campo e Belén López; o obradoiro Traer a lenda ao presente, da man de Andrea Barreira; e a lectura dramatizada de O Premexente non pode cos paxaros rebezos, coordinada por Lorena Conde. Antes de Marica Campo, A Sega distinguiu como Señora das Letras as escritoras Pati Janeiro, María Xosé Queizán e María Victoria Moreno, e a musicóloga suíza Dorothé Schubarth.
NOS_51151
O Ministerio solicita que se tome declaración en calidade de imputados a medio cento de políticos, empresarios e técnicos. Entre eles, a delegada da Xunta en Vigo.
A Fiscalía vén de emitir un informe mediante o cal solicita que se tome declaración en calidade de imputadas a medio cento de persoas, entre as que están o ex-presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, ou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, así como varios concelleiros da Corporación viguesa. O Ministerio fiscal pide que, unha vez levantado segredo de sumario, que a causa se divida en pezas separadas. Entende, logo, que ten que haber inhibicións a prol dos xulgados de Compostela, Ponteareas, Ourense e Pontevedra, en función dos feitos investigados. O ex-presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, estaría implicado en irregularidades nos contratos de campos de fútbol de Moraña, Coruxo e Coia, o saneamento e abastecemento de Nigrán, Poio, a reforma do centro social da Asociación Pena Moura, a pavimentación de camiños como o de San Lourenzo (Domiao) ou a recepción persoal de regalos da empres Eiriña; entre outras moitas acusacións. A Abel Caballero impútase por recibir presuntamente regalos desa mesma empresa. Na relación figuran nomes como elo do ex-xefe de gabinete de Luzán; José Manuel Figueroa, ou a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch e o seu xefe de gabinete; funcionarios; e responsábeis de varias empresas.
NOS_51552
Francisco García (Allariz, 1957) foi a aposta do BNG para o 10-N pola circunscrición de Ourense. García, tras participar da revolta veciñal do 89 na súa vila natal e acompañar a Anxo Quintana no Goberno local, foi alcalde durante anos na vila na que naceu. En 2018 decidiu ceder o bastón de mando e hoxe concorre ás súas primeiras eleccións ao Congreso por unha circunscrición cuxas fortalezas coñece de primeira man.
Como afronta a campaña nunha circunscrición na que o BNG nunca logrou acadar escanos? As eleccións sempre son unha boa oportunidade para falar de política, para presentar as alternativas que o Bloque Nacionalista Galego defende de cara a melloraras condicións de vida dos nosos cidadáns e defender os intereses de Galiza, nesta ocasión mesturada cun certo cansazo pola irresponsabilidade das forzas políticas estatais á hora de xestionar os resultados electorais. Mais temos ánimos para chegar a moitos sectores, escoitar as súas preocupacións e dar pasos adiante na perspectiva do asentamento do nacionalismo na nosa provincia, na que contamos con exemplos positivos da súa alza nas últimas eleccións locais e estatais. Na presentación da súa candidatura afirmou que percibía "ventos de cambio". Non deixa de ser un elemento a ter en conta que por primeira vez a Deputación de Ourense non teña unha maioría absoluta do Partido Popular e que a única alcaldía que obtiveran nas vilas fose Ribadavia. Ligada esta circunstancia ao feito de que a conxuntura política está máis incerta, nós aspiramos a aumentar a presenza do BNG, facendo fincapé en que Galiza debe ter voz propia e que os recursos de Ourense deben poñerse en valor. Sinalando tamén as políticas bipartidistas, responsábeis deste atraso. Teñen cabida nos medios ou nos debates de campaña propostas ou problemáticas alleas ás que marcan as forzas estatais? As campañas teñen cada vez máis un carácter presidencialista. Nese sentido semella que a escolla é dun presidente do Goberno antes de ter en conta unha serie de escollas alternativas, nas que o BNG pode ter dificultades para aparecer. Mais é perceptíbel unha corrente de simpatía polo Bloque, así como voces que expresan que se bota de menos a presenza de Galiza a través do BNG no Congreso. Ese sentimento penso que tamén está presente á hora de guiar a opción de voto. Os incentivos económicos polo nacemento son pouco útiles Preséntase para representar as comarcas nas que a xuventude emigra e a media de poboación maior increméntase. Que efectos teñen as políticas natalistas nesta realidade? Tense demostrado que os incentivos económicos polo nacemento de fillos, ou que as axudas complementarias durante un período son pouco útiles. Esas políticas deberían ir centradas na xeración de emprego, de actividade económica, cunha fiscalidade que active o comercio e a economía e que teña en conta a necesidade de discriminación positiva, na existencia de servizos públicos. E é preciso un plan global no que se encadren todas estas medidas. O AVE é tamén un exemplo do pouco que se respecta Galiza A maiores as comarcas contan con máis pensionistas que traballadoras, que viven coas segundas prensións máis baixas do Estado. Son un dos sectores máis afectados pola política de recortes e a avaricia do propio sistema, que tende a ampliar este campo á iniciativa privada dos fondos bancarios. Isto fai que perdesen poder adquisitivo e únese á problemática dos emigrantes galegos retornados, tratados de xeito inxusto pola normativa relativa á fiscalidade que deben asumir. As políticas do bipartidismo cuestionaron o modelo e baleiraron os fondos das pensións. Perto da campaña electoral saltou de novo a polémica sobre a chegada do AVE. Faise un uso propagandístico do AVE para ocultar que se eliminan servizos de proximidade. Co AVE produciuse unha especie de "Benvido Mr. Marshall" e unha expectativa excesiva en relación ás necesidades de conexión Galiza coa metrópole de Madrid. Estes días vimos como veciños do Carballiño plantábanse ante esta situación de deterioro. E o AVE é tamén un exemplo do pouco que se respecta Galiza, da inutilidade das forzas estatais que deron distintas datas para a súa chegada. Recentemente rexeitouse unha Iniciativa Lexislativa Popular para asegurar a xestión pública dos saltos hidroeléctricos das bacías galegas, que tería suposto para as comarcas interiores? Galiza é un país produtor e excedentario na produción eléctrica, pero paga a tarifa eléctrica do mesmo xeito que no resto do territorio, e ademais ten que devolver ás eléctricas impostos que cobrou o Goberno galego. Penso que é un bo exemplo de como a falta de capacidade para decidir leva a que un ben que debera reverter a economía e no benestar social só deixe lucro ás grandes multinacionais. Galiza achega moito máis ao Estado do que recibe Sendo vostede alcalde de Allariz e representante do BNG na Fegamp demandou un cambio no modelo de financiamento. Esa reivindicación acabou sendo asumida por todas as forzas políticas. Galiza achega moito máis do que recibe en relación ao que o Estado recada e despois destina á Xunta e aos Concellos. A cidadanía galega recibe uns cincuenta euros menos que o resto da cidadanía do Estado e non se teñen en conta criterios fundamentais como a dispersión. A débeda do Estado con Galiza pon esa necesidade de manifesto. O Pacto contra a violencia de xénero devolveu aos Concellos competencias nesa materia. Na súa candidatura demanda un xulgado específico contra a violencia de xénero para Ourense. Na planta xudicial que hai hoxe moitos colectivos insistiron nesa necesidade. Afortunadamente cada vez máis mulleres deciden denunciar as súas situacións de violencia machista e isto apuntala a necesidade dun xulgado específico. Penso que Portugal actúa con criterio de Estado Son cada vez máis frecuentes as comparativas do sur da Galiza co norte de Portugal, que sinalan o crecemento económico da outra beira do Miño. Pódense tomar exemplos deste país? Penso que Portugal actúa con criterio de Estado, mentres que a política do Goberno central nese sentido non ten en conta as necesidades galegas, máis ben o contrario. E a Xunta, alén de ter minguadas as súas competencias, carece dunha estratexia clara. A caída industrial está sendo fortísima e hai un modelo económico no que, lamentabelmente, a precarización das condicións laborais é cada vez maior. Precisamos políticas que partan dos nosos recursos e potencialidades, aproveitando vantaxes comparativas, desde a produción eléctrica cunha tarifa específica até a canalización do noso aforro en investimentos públicos.
PRAZA_5527
A Coordinadora de Crentes Galegos pide á cidadanía que "participe" nos comicios pero que non apoie os partidos que avalan políticas "que son causa do sufrimento de millóns de persoas". Emigrantes retornados advírtenlle aos populares por carta do "castigo" que lle preparan nas urnas.
Movementos asociativos, plataformas de afectados, grupos solidarios... Son moitas os colectivos que levan tempo opoñéndose ás duras políticas económicas e sociais impostas polo Partido Popular tanto desde o Goberno de España como desde a Xunta de Galicia. Pero hai quen decidiu ir un paso máis aló ao reclamar con claridade e publicamente que a cidadanía non vote os partidos que apoian estas políticas. Piden, xa que logo, non votar o PP nos vindeiros comicios europeos e, nalgúns casos, presionan con estas ameazas para lograr que as administracións escoiten e dean resposta ás súas reivindicacións. Cristiáns de base, xubilados e emigrantes retornados e afectados polas preferentes son os últimos que alzaron a voz para a súa proclama electoral. Xente do común que está farta. Cristiáns de base piden que se participe nas eleccións pero que non se vote os partidos que apoian as políticas "que son causa do sufrimento de millóns de persoas" O último posicionamento público neste ámbito chegou desde o cristianismo de base galego. A Coordinadora de Crentes Galegos, integrado por colectivos como Encrucillada, Mulleres Cristiás Galegas, Irimia ou Somos Igrexa, emitiu un comunicado tras a súa última asemblea anual celebrada en Compostela a finais do pasado mes de abril. Nel, o colectivo integrado nas Redes Cristiás estatais asegura que vén de "renovar" os seus compromisos para "colaborar na transformación da sociedade nesta hora de rebeldías tan necesarias". Así, denuncian que a actual situación de crise económica "foi provocada polo sector financeiro do capitalismo e agrandada e estendida pola aplicación de políticas restritivas e de control do gasto público por parte da UE, que son a causa do sufrimento de millóns de persoas e familias empobrecidas por estas decisións". Deste xeito, e "ante as próximas eleccións europeas", os Crentes Galegos piden á cidadanía "que participe" nos comicios para o Europarlamento "pero que non vote a ningún dos partidos que teñen apoiado este tipo de políticas". Ademais, a Coordinadora exixe "a implantación canto antes dunha Renda Básica Universal que permita a vida digna de todas as persoas" e "de cara a un reparto xusto da riqueza que entre todos e todas producimos". Son cristiáns de base, pero non son os únicos que fan un chamamento público de cara aos comicios. Os emigrantes retornados afectados pola campaña de multas e sancións de Facenda xa advertiron nas súas últimas manifestacións que estaban a promover o "castigo" ao PP a través da retirada do voto daqueles que lle confiaban o seu apoio, así como da campaña entre os seus coñecidos para que non elixan a papeleta popular o vindeiro 25 de maio. Emigrantes retornadas advirten de que "castigarán" o PP nas futuras eleccións por non atender as súas demandas e advírtenllo por carta Así, a plataforma de emigrantes retornados de Vigo e do Baixo Miño presentou a pasada semana un escrito na delegación territorial da Xunta na que advirten do seu "castigo" nas urnas aos partidos que non apoien as súas reivindicacións. Os afectados alertan de que non só eles, senón os seus familiares e coñecidos, retiraranslle o voto ao PP e ás formacións que non apoien as súas demandas, tanto nos comicios europeos como nos locais ou nos xerais. As súas reivindicacións: que se revoguen os expedientes, que se anulen as sancións e que se cmabie a normativa tributaria para que as pensións no estranxeiro se consideren como procedentes un único pagador. Pero as administracións non cumpren, as sancións continúan e os populares poden seguir perdendo votos. A mesma medida decidiron tomar tamén os afectados polas preferentes, que levan meses de mobilizacións advertindo da retirada de apoio por parte de centos de persoas ao PP. Tamén, neste caso, a inmensa maioría dos implicados son xubilados e pensionistas, precisamente o caladoiro de votos máis habitual da dereita en Galicia.
NOS_20920
A Deputación de Ourense teima en ensanchar a estrada de acceso ao mosteiro de San Pedro de Rocas para que poidan acceder grandes autobuses. O proxecto pon en perigo varios elementos patrimoniais de incalculábel valor arqueolóxico, histórico e paisaxístico dun Ben de Interese Cultural.
É o mosteiro máis antigo da Galiza. Peza fundamental na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, constitúe unha paraxe de importancia arqueolóxica, etnográfica, histórica, paisaxística, xeolóxica e natural como moi poucos lugares da Galiza. "As últimas investigacións na igrexa e nos seus arredores trouxeron importantes achádegos que abranguen desde a prehistoria até a Alta Idade Media e concluíron que o mosteiro vai máis alá da igrexa escavada na rocha: alcanza as corenta hectáreas que están delimitadas polos seus muros" explica Jorge López Quiroga, historiador e arqueólogo que traballa desde hai anos na zona. Todo iso está agora mesmo en perigo polo proxecto da Deputación de Ourense de ampliar a estrada OU-0509 para que poidan acceder ao cenobio autocares turísticos de gran tamaño. San Pedro de Rocas foi declarado Monumento Histórico Nacional en 1923; en 1999, a Xunta outorgoulle a categoría de Ben de Interese Cultural (BIC); e en 2018 o BIC estendeuse a unha superficie de cen hectáreas arredor da igrexa rupestre. Mais iso non frea a Deputación na súa decisión de seguir adiante cunha intervención que "suporía a talla de máis de cen árbores -moitas delas centenarias-, a desaparición de muros históricos pertencentes ao mosteiro, un camiño medieval, o enterramento de substratos arqueolóxicos ocupados desde o Neolítico que poden conter todo tipo de materiais reveladores sobre o pasado... E todo isto no corazón mesmo dun BIC", detalla López Quiroga. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta rexeitou en dúas ocasión este mesmo proxecto, en 2011 e 2018, indicando que as figuras de protección de que goza esta paraxe só permiten asfaltar a estrada xa existente Un proxecto de legalidade dubidosa "O proxecto, integralmente, é ilegal", declara Natalia Figueiras, historiadora, conservadora e restauradora da Universidade Complutense que forma parte do Comité Científico da Fundación Moreiras, creada hai dous anos para protexer os valores patrimoniais do mosteiro. "A Deputación leva intentando ampliar esa estrada desde hai anos. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta rexeitou en dúas ocasión este mesmo proxecto, en 2011 e 2018, indicando que as figuras de protección de que goza esta paraxe só permiten asfaltar a estrada xa existente. Patrimonio deixaba claro que non se pode tocar nada, que a intervención ten que cinguirse exclusivamente á mellora do firme". En xaneiro de 2019, despois da segunda denegación de Patrimonio, Sandra Quintas Vázquez, alcaldesa de Bande e persoa de confianza do presidente da Deputación Xosé Manuel Baltar, foi designada xefa territorial de Cultura e Turismo. Quintas autorizou a obra de ampliación da estrada obviando os informes negativos previos -cando o emprazamento tiña unha protección menor da que goza agora- e toda a lexislación que protexe o lugar. A familia propietaria dos terreos afectados presentou unha demanda contra Quintas, acusándoa de "encubrimento das proteccións da normativa de patrimonio que polo seu cargo está obrigada a coñecer". Figueiras apunta, ademais, que "Quintas autoriza todo o proxecto nun documento que non só obvia as advertencias anteriores senón que pode incorrer tamén en falsidade documental, xa que tamén está asinado, supostamente, pola xefa de servizo que o denegara anteriormente e que xa non estaba no cargo". A autorización viña avalada por un informe de Tragsatec, unha filial de Tragsa, que era a empresa encargada de realizar os informes técnicos para a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural até que o TSXG anulou, este pasado mes de xaneiro, a decisión da Xunta de encargarlle os informes de pacto a Tragsatec. As demandas continuaron: unha contra o presidente da Deputación por un suposto delito de espolio en grado de tentativa, invasión de terreo privado e danos patrimoniais; outra rexistrada ante a Fiscalía por varios historiadores que advirten do risco de que desaparezan elementos patrimoniais de alto valor. Mais as escavadoras seguen presentes na zona: a segunda feira cortaron seis árbores e, na operación, derribaron coas máquinas parte do muro histórico que delimita o coto do mosteiro. "O contrato coa empresa madeireira encargada da corta vence o día 9, por iso teñen présa en comezar os traballos", revela Figueiras. "Mais comezaron sen o permiso de Medio Rural e por iso se viron obrigados a parar, porque estabamos informando os medios en directo. Mais non sabemos se obterán ese permiso nas próximas horas". O conselleiro de Cultura afirmaba no Parlamento, ese mesmo mes, en resposta a unha pregunta do PSdeG, que "as actuacións propostas están fóra da area de protección do BIC", malia que a propia Deputación recoñece na memoria do proxecto que "está dentro da área de protección do mosteiro de San Pedro de Rocas, en solo rústico de Protección de Patrimonio Arqueolóxico" Apoio da Xunta As obras, daquela, poderían continuar mesmo con todas as denuncias admitidas a trámite. "Resulta paradoxal que non se poidan tomar medidas cautelares e paralizar a obra até que a xustiza ditamine se o proxecto é legal ou non", manifesta López Quiroga. No medio desta batalla legal, a Xunta parece respaldar a Deputación. A Directora Xeral de Patrimonio manifestou no Foro Territorios Patrimonio da Ribeira Sacra, en novembro do 2020, que "desde o punto de vista patrimonial non existe dano arqueolóxico en absoluto", mentres que o conselleiro de Cultura afirmaba no Parlamento, ese mesmo mes, en resposta a unha pregunta do PSdeG, que "as actuacións propostas están fóra da area de protección do BIC", malia que a propia Deputación recoñece na memoria do proxecto que "está dentro da área de protección do mosteiro de San Pedro de Rocas, en solo rústico de Protección de Patrimonio Arqueolóxico". Un santuario que xa sufriu danos San Pedro de Rocas xa foi obxecto dunha actuación que danou algúns dos seus elementos. En marzo de 2020, en pleno estado de alarma, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, licitou de urxencia unhas tarefas "de limpeza e roce" que acabou nunha intervención "sen proxecto arqueolóxico, con métodos prohibidos pola lei de Patrimonio e que non estaba autorizada", matiza López Quiroga, que danou a rocha, provocando desprendementos e "que causou danos irreversíbeis en elemento de gran valor: celas eremíticas, tumbas monumentais, un santuario rupestre da Prehistoria recente... E isto fíxose dentro do Plan Director coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.
NOS_27950
Coa campaña "Sos dereitos migrantes en grave perigo!" O Foro Galego de Inmigración quere concienciar á sociedade da perda de dereitos das persoas migrantes e as situacións "intolerábeis" que están a padecer.
Perda de dereitos, aumento de represión e peores condicións de vida é a situación que se atopa o colectivo migrante que chega ao noso país coa idea de buscar un futuro para a súa vida. O Foro da Inmigración alerta de que os acontecementos que se desenvolveron nas fronteiras españolas de Ceuta e Melilla veñen a confirmar denuncias de prácticas violentas por parte da Policía e Garda Civil cunha maior represión sobre o colectivo que viviu alí situacións dramáticas mais que se intensifica non só neses espazos de especial control. Cualifican de "intolerábel" o anuncio do goberno de Mariano Rajoy de efectuar cambios lexislativos que regularicen estas prácticas, de maneira especial, a expulsión inmediata sen garantías legais e actuación que, segundo denunciaron "van en contra dos máis elementais principios democráticos e dos dereitos humanos". A campaña, que conta co apoio de diversas organizacións sociais e política, manifesta a súa oposición tamén á exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación irregular e o aumento de situacións de explotación laboral do colectivo , de maneira especial, no emprego doméstico, no agro e no sector pesqueiro. En canto á represión e control, citan a intensificación das redadas racistas e a "persecución sistemática" de migrantes e dentro deles, ao colectivo de vendedores ambulantes. A esta situación súmase o forte recortes dos orzamentos públicos destinados ao colectivo migrantes que afonda tamén no grave empeoramento das súas condicións de vida.
NOS_28797
O Museo do Pobo Galego acolleu a homenaxe que deu peche ao ano Fraguas, un acto co que se puxo o ramo a todo un ano ateigado de lembranzas dedicadas a Antón Fraguas, figura protagonista das Letras Galegas 2019. O acto celebrouse no mesmo día do nacemento do escritor e investigador homenaxeado, o 28 de decembro, data na que cumpría 114 anos.
Antón Fraguas Fraguas (1905-1999) representa a figura do humanista, da persoa entregada ao estudo, poliédrica, sempre arraigada ao rural, ao seu lugar de orixe, ao popular, ao tradicional. Cunha activa e dilatada existencia, Antón Fraguas licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi docente, investigador e colaborou en xornais, revistas e publicacións de diversa índole con múltiples artigos sobre xeografía, historia, antropoloxía, etnografía ou paleografía. Durante boa parte da súa vida exerceu de director e presidente do Museo do Pobo Galego. Non por acaso, ese espazo que acabaría por ser "a casa de Antón Fraguas", o Museo do Pobo Galego, foi o lugar escollido para despedir o Ano Fraguas cun acto de clausura arroupado por Xusto Beramendi, presidente da Fundación A. Fraguas e do Padroado do Museo do Pobo Galego, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Mercedes Rosón, primeira tenente alcalde do Concello de Santiago de Compostela; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega e Jorge Cubelo, alcalde de Cerdedo-Cotobade, lugar natal de Fraguas. Acto de clausura do Ano Fraguas 2019 Durante o acto institucional, o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, "a casa de Antón Fraguas", Xusto Beramendi, foi a persoa encargada de abrir o acto institucional e de lembrar o amigo e antigo presidente e director do Museo. Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, destacou de Antón Fraguas a súa continuada "preocupación" polas raíces populares da cultura e a lingua galegas durante a súa intervención no acto. Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que a figura de Fraguas "inundou" colexios e outros puntos da xeografía galega e internacional, como Brasil, Arxentina ou Rusia. Oradaladou musica o Cancionero de Cotobade de Fraguas O ramo á homenaxe púxollo o dúo Oradaladou, formado por Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz). Oradaladou iniciaron un proxecto para poñerlle música ao Cancionero de Cotobade, unha compilación das cantigas populares recollidas por Antón Fraguas na súa terra natal. No acto interpretaron un repertorio de trece pezas do seu disco Cantigueiro de Cotobade. A exposición sobre Antón Fraguas Alén da homenaxe, a exposición temporal, Antonio Fraguas. Letras Galegas 2019, organizada e auspiciada polo Museo do Pobo Galego, estará aberta até hoxe, domingo 29 de decembro. A mostra conta con dúas partes, unha centrada máis na súa biografía, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor e membro activo en diferentes institucións do país; e outra xa co foco sobre as diversas vertentes nas que se exerceu o seu traballo intelectual e divulgativo, materias como o foron a arqueoloxía, a xeografía, a etnografía, a historia e a arte.
PRAZA_9584
O colectivo de eventuais 'Precarias pola atención primaria' rexeita o chamado contrato de continuidade que aprobou o Sergas ao crer que pon en perigo o modelo asistencial baseado en que os pacientes sexan atendidos polo mesmo médico. O colectivo sumarase á folga xeral, do 9 ao 12 de abril, que tamén apoian os xefes de servizo xa dimitidos de Vigo.
En termos xerais a cidadanía de Galicia e de España adoita dicir que está contenta coa atención sanitaria ou polo menos que "temos sorte" polo feito de contar cun sistema público de saúde. Isto é certo, pero nuns sitios funciona mellor que noutros.A dimisión histórica dos xefes de servizo de Atención Primaria de Vigo, ratificada este martes en asemblea, e as condicións de traballo "indignas" que os médicos eventuais revelan, dá mostra de que en Galicia, e moi especialmente na área de Vigo as cousas non funcionan ben.Os traballadores eventuais da área de Vigo encadean unha media de 39 contratos por anoEstamos a falar de persoal altamente cualificado que no mellor dos casos saca a carreira en seis anos, fai o MIR e logo a especialidade. En total son 11 anos de formación e práctica obrigatoria antes de incorporarse ao ansiado mercado laboral. Laura Prado, membro do colectivo de médicos eventuais en situación de precariedade laboral Precarias pola atención primaria, explica que en 20 meses asinou 50 contratos, e no pasado mes de agosto ía a contrato por día, movéndose por toda a área sur de Pontevedra. "Tes que ter datos no móbil sempre vendo o GPS para atopar o Centro de Saúde". A súa situación non é excepcional e di que pode sentirse incluso afortunada posto que a media está en 39 contratos por ano.Non faltan médicos -na última OPE presentáronse máis de 1.000- o que sucede é un éxodo de profesionais cara a fóra de Galicia, como amosa que só no último ano 129 facultativos olicitaron o certificado de idoneidade para traballar no estranxeiro, lembranO colectivo lamenta que como solución a esta precaria situación desde o Sergas se propoña o "contrato de continuidade", xa oficial desde o 31 de xaneiro, e que afectará tanto a médicos de familia como a pediatras de atención primaria. Este contrato, que de momento convive co anterior, inclúe por exemplo que o 40% do horario do mes está sen fixar. O Sergas pode avisar en calquera hora do día, da noite ou festivo para a incorporación inmediata a consultas ou gardas nun punto xeográfico non determinado. Non define número de gardas, nin fai distinción entre gardas de noite ou de día. "Podes encadear 31 horas seguidas de traballo e pasar consulta de 7 horas aos pacientes despois de estar toda a noite traballando en urxencias", alerta Laura Prado. Ademais, este contrato non afecta só aos médicos temporais, xa que abre a porta á creación da praza estrutural de médico de área o que suporía a eliminación do médico de familia tal e como o entendemos. "Isto significa aceptar que os nosos maiores sexan atendidos cada día por un doutor, desaparece a lonxitudinade na atención, o que pode derivar no aumento da morbimortalidade" (morte por enfermidades), explica a doutora Prado.Os representantes deste colectivo aseguran que non faltan médicos -na última OPE presentáronse máis de 1.000- o que sucede é un éxodo de profesionais cara a fóra de Galicia, como amosa o feito de que só no último ano 129 facultativos de Galicia solicitaron o certificado de idoneidade para traballar no estranxeiro, 44 da provincia de Pontevedra. SoluciónsA solución a esta precariedade do sistema de saúde viría pola creación de contratos de estabilidade a través da oferta pública de emprego. O colectivo pide negociar coa Xunta un novo contrato, pero se non se crean novas prazas non se solucionará o problema, porque "é imposible organizar a miseria", asegura a doutora Prado.Para a plataforma de Precarias pola atención primaria é necesario que o Sergas faga unha auditoría para estudar esta situación, xa que o número de prazas necesarias suporía outras 500, como mínimo.Deste xeito, a Xunta debería convocar oposicións que cubran as prazas vacantes das xubilacións e creen novas prazas para facer fronte á masificación dos cupos, a maior complexidade das probas diagnósticas, á maior demanda e ao envellecemento da poboación.Con esta situación as 250 prazas anunciadas polo Sergas non chegan para cubrir as vacantes a día de hoxe nin as xubilacións en masa previstas dos próximos 5 anos. Para a plataforma de Precarias pola atención primaria é necesario que o Sergas faga unha auditoría para estudar esta situación, xa que o número de prazas necesarias suporía outras 500, como mínimo.Dimisións irrevogables e folga"Dimitimos por dignidade e porque estamos convencidos de que unha primaria que sexa o eixo sanitario redundaría en beneficio de todos, dos pacientes e da comundidade, sería unha sanidade máis equitativa, máis eficaz e máis sostible". Manuel Domínguez Sardiña é un dos xefes de servizo dimitidos da área de Vigo. Asegura que pensaban que tras a primeira dimisión de decembro, que non aceptou o Sergas, cesaría ao xerente da EOXI (Estrutura Organizativa de Xestión Integrada), pero este feito non ten sucedido de momento e os xefes de servizo non recoñecen á dirección actual como interlocutor.O doutor Domínguez Sardiña pon o foco na sobrecarga de traballo que soportan, pero tamén noutras medidas do plan da Xunta que son "fume", como alongar a idade de xubilación ata os 70Tres meses despois desa primeira dimisión, 22 xefes de servizo da área de Vigo presentan a súa "dimisión irrevogable", xa que non se teñen implantado solucións concretas e o novo modelo proposto está pragado de "parches". O xefes dos centros de saúde non están en absoluto de acordo co novo "contrato para os precarios", nin co cambio na estrutura da EOXI, que "só é un cambio de nome". Sardiña pon o foco na sobrecarga de traballo que soportan, pero tamén destaca outras medidas no plan da Xunta que son "fume", como alongar a idade de xubilación ata os 70, porque "todos sabemos que os médicos non van querer porque non estamos motivados " ou o MIR extraordinario, que vai afondar no éxodo masivo de médicos."Eu síntome dimitido desde hoxe e se a xerencia cre que teño que exercer mentres non me acepte a dimisión, pois que abra un expediente", indica o doutor Domínguez Sardiña.Este xefe de servizo séntese orgulloso do traballo realizado xa que xunto cos seus compañeiros de Vigo deron o sinal de alarma que mobilizou a primaria de Galicia. " A primaria de Vigo nunca estivo tan unida e tan mobilizada. Eu levo 30 anos e nunca houbo unha mobilización como esta", destaca."A folga de tres días de abril aprobouse en Vigo por unidade, como primeira medida de presión, pero haberá máis. Agora non vamos quitar o pé do acelerador".Agora os xefes de servizo de Vigo queren deixar de ser un elemento de presión e se integran noutros colectivos de sociedades profesionais que apoian as súas reivindicacións e seguirán con accións concretas, como é o caso da anunciada folga de atención primaria en abril. "A folga de tres días de abril aprobouse en Vigo por unidade, como primeira medida de presión, pero haberá máis. Agora non vamos quitar o pé do acelerador. Vamos tentar de verdade que isto supoña un cambio importante e non os cambios que nos ofrece a Consellería", asegura.Resposta da Consellería Pola súa banda, a Consellería de Sanidade defende que ten adoptado medidas concretas e propostas nas que se recollen as demandas dese colectivo "co obxectivo común de impulsar un novo modelo de atención primaria que dea respostas ás necesidades dos vindeiros 25 anos".En concreto a Consellería destaca o compromiso para manter un orzamento específico para o programa de gasto en atención primaria de saúde, diferenciado dentro da clasificación funcional. "Por primeira vez comprométese un orzamento exclusivo no capítulo VI para adquirir equipamento clínico, mobiliario, dotación informática e facer pequenas reformas nos centros de saúde tal e como se anunciou co Plan de Necesidades, dotado con 17,3 millóns de euros para dous anos (2019 e 2010)", indica nun comunicado.A Consellería destaca que "o novo plan recolle a creación dunha Dirección de Atención Primaria na estrutura do Sergas e a creación dunha Comisión de atención primaria da área presidida polo titular da xerenciaO novo plan recolle a creación dunha Dirección de Atención Primaria na estrutura do Sergas, a creación dunha Comisión de atención primaria da área presidida polo titular da xerencia, da que formarán parte os xefes de servizo da área.Con respecto á sobrecarga asistencial a Consellería subliña as 254 prazas ofertadas que se convocarán este verán para medicina de familia e outras 93 para pediatría de primaria.A Xunta pon en valor tamén o novo contrato para eventuais, aprobado o 15 de xaneiro, "co que os profesionais terán maior estabilidade laboral pois son contratos cunha duración mínima de 1 ano e máxima de 3, desfrutarán de igualdade de dereitos e igualdade de retribucións, incluíndo o complemento de produtividade fixo e variable."
NOS_11467
O ministerio de Exteriores prepara unha lei para tutelar os desprazamentos internacionais d@s president@s dos territorios para evitar que a Generalitat procure fóra apoios para a consulta pola soberanía. O PSOE de Catalunya pide un referendo para aprobar un novo Estatuto que avance no autogoberno
O ministerio español de Exteriores traballa nunha lei de Acción e Servizo Exterior cuxo obxectivo fundamental é controlar as viaxes que fan @s president@s dos territorios e que chegará ao Consello de ministros nas vindeiras semanas, segundo informa esta segunda feita o diario El País. O Executivo de Mariano Rajoy pretende impedir que o presidente da Generalitat, Artur Mas, conte fóra as cambadelas que o PP está a porlle ao pobo catalán para que exerza o seu dereito a decidir nun referendo pola soberanía que se realizará en 2014. Namentres, o PSOE de Catalunya reclama unha reforma da Constitución que inclúa contidos do Estatuto de 2006 recortados polo Tribunal Constitucional, e un referendo para darlle o visto e prace a un Estatuto en prol do autogoberno, adaptado a esa nova Carta Magna. Así as cousas, aínda que en Madrid son conscientes de que os territorios poden actuar no estranxeiro no exercicio das súas competencias, o departamento que dirixe José Manuel García-Margallo quere tutelar os desprazamentos que se fagan fóra do Estado. É por isto polo que imporá a devandita norma, en virtude da cal Mas e o resto de president@s terán que lle transladar as súas propostas de viaxes, visitas e actuacións para que Exteriores determine "se se adecúan ou non aos obxectivos fixados polo Goberno". Di o xornal español que Rajoy non poderá impedir a viaxe, mais emitirá "unha recomendación" que, de non ser acatada, mandaría retirar o apoio que as embaixadas prestan, polo xeral, ás e aos mandatari@s autonómic@s. A disposición do presidente da Generalitat de socializar o veto español ao referendo veranse limitadas tamén polo control que Exteriores realizará sobre os acordos que as Administracións dos territorios realicen con organismos internacionais para controlar que se axustan "ás directrices, fins e obxectivos da política exterior fixados polo Goberno".
PRAZA_2150
Hai quen busca neste proceso a reunificación dun espazo electoral, cando o que necesitamos é a creación dunha Fronte Ampla capaz de rachar co establecido até agora e abrir paso a un proceso de procesos constituíntes.
Nos próximos días o 'Encontro Cidadán por unha Marea Galega' celebra un proceso de votación online entre os máis de 1400 asinantes do seu manifesto, unha consulta que sen dúbida mudará o proceso de construción dunha candidatura unitaria. O proceso a votar é para decidir se o Encontro debe continuar a traballar como até agora, paso a paso e de forma horizontal, ou se debe fusionarse coa outra plataforma de confluencia, 'Iniciativa polo Unión', resultado do Banquete de Conxo 2.0. Nos próximos días o 'Encontro Cidadán por unha Marea Galega' celebra un proceso de votación online entre os máis de 1400 asinantes do seu manifesto O que se decida non só condicionará o proceso de converxencia, senón que probablemente marcará un antes e un despois no mesmo. A idea é clara, todos os asinantes de ambos manifestos (eu en concreto do do Encontro) queremos e buscamos a unidade popular, unha candidatura única galega que nos permita ser primeira forza no país e sirva para acumular forzas (nas institucións mais tamén cómpre facelo nas rúas) e propiciar unha creba democrática que remate co Réxime do 78, coa vista posta nun proceso constituínte que nos leve á III República, nun novo marco no que os diferentes pobos do estado podamos decidir, tamén, sobre o noso futuro. O obxectivo é claro, pero as formas de facelo tamén son importantes. Mentres que o Encontro nace da iniciativa de persoas sen afiliación política e continúa con xuntanzas con todo tipo de organizacións políticas e mareas, coa celebración de encontros de debate e a celebración de primarias para elixir unha coordinadora plural, IxU non evoluciona da mesma maneira nin coa mesma independencia, xa que dende o primeiro momento hai unha organización política impulsándoa, o cal non é en absoluto baladí. Os poucos asinantes de ambos manifestos levan dende o Encontro do 12 de setembro chamando á fusión de ambos en pé de igualdade, para crear algo dende cero e comezar a camiñar de novo, cando o camiño percorrido non é o mesmo. O máis preocupantes son moitas das formas, usando chantaxes e acusacións de cara á Coordinadora do Encontro no que se delata como un intento desesperado de persoas interesadas, máis que na converxencia, en copar o suxeito político das Mareas. Se queren unidade, por que seguen bloqueando as iniciativas das Mareas e candidaturas cidadás nos diferentes concellos do país? A min persoalmente non me vale que certas organizacións á deriva dende hai anos, veñan agora dicindo que xa renunciaron ás súas siglas e que iso demostra que están dispostas a sumar. Moitas outras xa o fixeron antes e agora non se comportan desa forma, exixindo nada. Se queren unidade, por que seguen bloqueando as iniciativas das Mareas e candidaturas cidadás nos diferentes concellos do país? Por que seguen atacando ao resto de organizacións políticas que levan nestes procesos dende o seu comezo e que xa os convidaron a vir en varias ocasións, ao que eles respondían con arrogancia? Iso demostra que aínda non entenderon nada, non saben o que queremos crear. A Marea Galega non ten que ser nin unha coalición á vella usanza nin un espazo monopolizado por unha organización política en concreto, a Marea Galega ten que ser os gandeiros en loita, os pescadores e apicultores agredidos, as persoas vítimas dos incendios que cada ano arrasan Galiza, a mocidade precaria e as estudantes sen bolsas de estudo, a sanidade pública, as persoas vítimas de despexos, os movementos sociais e feministas, a comunidade cultural... Todo iso fai Marea, esas persoas son as fundamentais, o resto son anécdotas. A Marea Galega non ten que ser nin unha coalición á vella usanza nin un espazo monopolizado por unha organización política en concreto Preocúpame moito o proceso de unidade. Corremos o risco de que non se den as condicións necesarias, o cal non se solucionará fusionando nada. O Encontro naceu para crear as condicións propicias da unidade popular, non para ser o espazo onde se realice (tal como reclaman coa fusión os de IxU). Creo que o Encontro vai polo bo camiño, traballando actualmente no programa, mentres outros fan propaganda. Todo isto, sumado ao seu modus operandi e metodoloxía, fanme crer que a mellor opción é a NON FUSIÓN DE AMBAS PLATAFORMAS, o que non implica que non podan seguir colaborando de cara á construción dese espazo de unidade, en absoluto, mais a fusión, considero, podería poñer en perigo a construción dun espazo verdadeiramente amplo, participativo e horizontal, coas organizacións políticas nun segundo plano. Hai quen busca neste proceso a reunificación dun espazo electoral, cando o que necesitamos é a creación dunha Fronte Ampla capaz de rachar co establecido até agora e abrir paso a un proceso de procesos constituíntes Hai quen busca neste proceso a reunificación dun espazo electoral, cando o que necesitamos é a creación dunha Fronte Ampla capaz de rachar co establecido até agora e abrir paso a un proceso de procesos constituíntes. A reunificación só lles interesa a uns poucos, as galegas e galegos queremos mudalo todo e niso seguiremos!
NOS_41024
O autor irrompeu co seu turismo nunha marcha na cidade de Seattle, nun incidente que trouxo á memoria o atropelo de 2017 en Charlottesville
Un home irrompeu co seu turismo nunha manifestación en memoria de George Floyd organizada o domingo pola noite (madrugada de onte na Galiza) na cidade de Seattle, no noroeste dos Estados Unidos, e disparou contra un dos manifestantes que lle intentou cortar o paso, segundo informou o diario local Seattle Times. O rotativo difundiu un vídeo onde se pode ver o home circulando co seu coche entre manifestantes até que varios deles lle cortan o paso. Nese momento, desde o interior do turismo, o home realizou un disparo cunha pistola e abandonou o vehículo. O ferido, un home negro, quedou tirado no chan e o autor do disparo saíu correndo, sendo perseguido por varios manifestantes. Tras tratar de pasar desapercibido entre a marcha, a Policía acabou deténdoo. Segundo as testemuñas, esta persoa irrompeu co vehículo na zona da protesta e varios dos manifestantes comezaron a berrarlle. Un destes colocou unhas placas metálicas fronte ao coche para obrigalo a parar. "Cría que ía seguir cara a adiante contra a multitude", contou B.J. Hayes, un dos participantes nesta protesta pola morte de George Floyd, o cidadán negro que morreu baixo custodia da Policía en Mineápolis o 25 de maio. "Estaba convencido que ía ver unha chea de cadáveres voando", asegurou. Atropelo de Charlottesville O home que recibiu o disparo estaba situado xunto ao lateral do coche. O autor saíu del ameazando coa pistola a xente que se atopaba ao seu paso. Varias persoas e traballadores sanitarios atenderon a vítima, que finalmente puido chegar polo seu propio pé, axudado por varios facultativos, até unha ambulancia medicalizada onde recibiu atención médica. "Escoitei o disparo alcanzándome o brazo. Todo o que quería facer era protexer esas persoas", dixo. O incidente lembra ao sucedido o 12 de agosto de 2017 na cidade de Charlottesville, no estado de Virxinia, onde un mozo branco de ideoloxía neonazi, James Fields, matou unha manifestante, Heather Heayer, e feriu outros 35 tras atropelalos co coche del durante unha protesta antirracista. Fields foi condenado a cadea perpetua despois de chegar a un acordo co fiscal polo que se declarou culpable de 29 cargos de delitos de odio e a Fiscalía retirou a petición de pena de morte.
PRAZA_8383
Pedir para os demais o que un non está disposto a practicar é a proba do nove da insolvencia ética dun representante político. Con semellante pedagoxía, os propósitos de rexeneración democrática fican totalmente devaluados.
Descubertas as súas aventuras viaxeiras con Marcial Dorado, Núñez Feijoo segue o guión preferido por moitos dirixentes políticos nese tipo de situacións: falar pouco dos feitos denunciados e moito dos presuntos causantes do seu coñecemento público. Agochar as responsabilidades propias debaixo da manta dunha conspiración indeterminada. Reclamar o papel de vítima para non ter que asumir o de culpábel. Alberto Núñez era secretario xeral do SERGAS en 1995 pero carecía da información que facilitaban xornais, revistas e libros sobre as actividades do contrabando de tabaco e a súa reconversión nas modernas redes de tráfico de cocaína Definitivamente, o actual presidente da Xunta ten un pasado político singular. Até agora sabiamos –por confesión explícita- que posibilitou co seu voto a chegada de Felipe González á Moncloa e que –a pesar de gozar da total confianza política de Romay- non formou parte da nómina de afiliados ao PP naquel problemático ano de 1999 cando o presunto delincuente Pablo Crespo manexaba os fíos organizativos e financeiros do partido. Neste momento coñecemos algo mais: Alberto Núñez era secretario xeral do SERGAS en 1995 pero carecía da información que facilitaban xornais, revistas e libros sobre as actividades do contrabando de tabaco e a súa reconversión nas modernas redes de tráfico de cocaína. Había suficiente bibliografía sobre os protagonistas destas actividades mafiosas como para concluír que unha amizade do número dous da Consellería de Sanidade cun dos persoeiros de referencia dese submundo era incompatíbel coa mínima ética esixíbel na vida pública e coa pretensión de acometer unha ambiciosa carreira política a menos que o sentimento de impunidade xerado durante o absolutismo fraguista anulase o mínimo sentido da prudencia dos habitantes dese singular mundo feliz. O presidente da Xunta debería tomar a mesma medicina que receitaba hai catro anos e Rajoy debería aplicar o esixente código que postulaba naquela ocasión Imprudencia temeraria ou incompetencia manifesta. Calquera que sexa a síntese analítica das relacións entre Feijoo e Dorado cuestionan seriamente o relato construído dobre a biografía política do actual presidente do PPdG e o crédito requirido para dirixir o goberno galego. Pero é que, ademais, concorre unha circunstancia agravante rexistrada no ano 2009.Daquela, Alberto Núñez e Mariano Rajoy esixiron a dimisión ou cese de Anxo Quintana por mor dunhas fotos publicadas polo xornal ABC nas que o dirixente nacionalista acompañaba ao empresario Jacinto Rey nun barco da súa propiedade. Ambos dirixentes do PP sabían que as devanditas fotos correspondían ao ano 2004 –cando Quintana non ocupaba ningún cargo no goberno da Xunta- e Feijoo xa era consciente de que existían os documentos gráficos que agora se publican. Aínda así decidiron utilizar sen escrúpulos a táctica do lixo para provocar o desgaste electoral do BNG e conseguir a derrota do bipartito. Con este precedente, a pelota está no tellado dos inquisidores de onte: o presidente da Xunta debería tomar a mesma medicina que receitaba hai catro anos e Rajoy debería aplicar o esixente código que postulaba naquela ocasión. Moito mais se, como resulta evidente, non é comparábel ter relacións cun imputado por contrabando mentres se ocupa un cargo na Administración galega que mantelas cun empresario sen ter responsabilidades na xestión dos orzamentos públicos. Pedir para os demais o que un non está disposto a practicar é a proba do nove da insolvencia ética dun representante político. Con semellante pedagoxía, os propósitos de rexeneración democrática fican totalmente devaluados.
NOS_5253
Conta cos índices de rexeitamento máis altos desde a volta da democracia. Acaba de ser sinalado como principal responsábel da morte de miles de persoas durante a pandemia da Covid. O paro sobe, a inflación medra, a fame avanza. E, con todo, o presidente Jair Bolsonaro non se pode dar por morto de cara aos comicios de outubro de 2022.
O presidente brasileiro, Jair Bolsonaro, inicia o último ano de mandato antes das eleccións de outubro de 2022 (a segunda volta está prevista para o día 30 dese mes), coas sondaxes marcando unha avultada taxa de desaprobación. Taxa que podería mesmo medrar nos próximos inquéritos logo de que a comisión do Senado encargada de investigar a xestión da pandemia da Covid-19 aprobase esta semana pedir á xustiza a inculpación do mandatario por nove delitos. O informe foi entregado na cuarta feira á Fiscalía Xeral para que a denuncia inicie o percorrido xudicial. Son un total de 80 altos funcionarios brasileiros os sinalados, incluído Bolsonaro e os tres fillos del que ocupan cargos políticos. Tamén, o gobernador do Estado do Amazonas, catro ministros e varios ex ministros. Todos, paladíns do negacionismo da pandemia, que se cobrou no Brasil a vida de máis de 600.000 persoas. É o virus, mais non só, que coloca o índice de rexeitamento en 65% ─o maior desde a redemocratización do Brasil─, así como unha intención de voto para 2022 que non supera 30%. Tamén a longa lista de acusacións. Onte, coincidindo co terceiro aniversario da vitoria de Bolsonaro, retomouse o xuízo sobre as supostas irregularidades cometidas por el e polo vicepresidente, Hamilton Mourão, durante a pasada campaña presidencial. Hai máis: as políticas contra o ambiente; a inflación, que supera 8% anual; a peor taxa de desemprego nos últimos nove anos, que afecta máis de 14 millóns de persoas; e un preocupante aumento da fame. A "chave do cofre" Todo parecería indicar unha inexorábel derrota de Bolsonaro nos comicios do ano que vén fronte ao seu hipotético rival, Luiz Inácio Lula da Silva, do socialdemócrata Partido dos Trabalhadores (PT). Porén, nos últimos días, son varios os analistas que alertan de que o mandatario ultradereitista ten aínda na súa man a vitoria electoral. Creomar de Souza, profesor da Fundação Dom Cabral, lembraba hai uns día en entrevista a BBC News Brasil, que Bolsonaro posúe a "chave do cofre". É dicir, os recursos para reverter a súa impopularidade com políticas destinadas ao aumento de transferencias de renda (subsidios), como a prorrogación da axuda de emerxencia ou a ampliación do programa Bolsa Família. "Medidas populistas" e "uma governação muito ideológica" serán as características que marquen este último ano do actual mandato de Bolsonaro, segundo apunta Carlos Fino, ex conselleiro da embaixada portuguesa no Brasil, no Jornal de Notícias. Fake news Tamén, como hai tres anos, terá grande importancia "o canal paralelo de comunicação" ─apunta De Souza─ construído por Bolsonaro e polos seus seguidores a través de grupos de WhatsApp e de Telegram. Un dos asuntos, este, que foron retomados onte polo Tribunal Superior Eleitoral (TSE) tras a denuncia conxunta de PT, Partido Comunista do Brasil (PCdoB) e Partido Republicano da Ordem Social (PROS). O documental de Marcelo Luna Fora da Bolha (2020) analiza o decisivo papel que xogaron as fake news (contidos falsos con aparencia de información) nas eleccións brasileiras de 2018, seguindo o ronsel deixado pola campaña electoral de Donald Trump, nos Estados Unidos, en 2018, ou a favor do Brexit, no Reino Unido, en 2016. É por iso que De Souza cre que, como en 2018, se está a subestimar o potencial de Bolsonaro. "Uma característica bem importante do Bolsonaro como persona política é o fato de que ele chegou onde está com todo mundo o subestimando", salienta. Protestas pola súa designación como "fillo adoptivo" de Anguillara Veneta Bolsonaro chega hoxe a Italia para o G20. Na segunda feira será condecorado "fillo adoptivo" de Anguillara Veneta, de onde emigrou o seu bisavó en 1878. Organizacións como a Asociación Nacional de Partisanos de Italia (ANPI) criticaron a decisión e prevén mobilizacións. Nun comunicado, cuestionou a modificación da normativa local para a concesión da distinción, até agora inexistente. Tamén, o gasto: case 9.000 euros nunha pequena vila de 4.000 persoas. A iniciativa saíu da alcaldesa, Alessandra Buoso, que ten o apoio da ultradereitista Liga. Segundo 'ANSA', Bolsonaro visitará a parroquia da vila para ver o rexistro de nacemento de seu bisavó, Vittorio. A Diocese de Padua afirmou que aproveitará para pedirlle "que promova políticas que respecten a xustiza, a saúde, o ambiente e, sobre todo, que apoien os pobres".
NOS_4093
Eurostat calcula que a queda nos soldos das e dos traballadores no Estado español foi do 4,3% mentres que no conxunto da Unión Europea aumentaron nun 1,2%
España foi o estado da Unión Europea onde os salarios tiveron un maior desplome nos últimos tres meses do ano pasado. Nese trimestre, os soldos dos e das traballadoras españolas caeron un 4,3 por cento a respeito do mesmo período do ano anterior. No conxunto da UE, os salarios aumentaron nun 1,4 por cento, segundo apontan os datos ofrecidos por Eurostat, a oficina estatística da Comisión europea. Dos 25 países sobre os que hai datos dispoñíbeis (faltan Grecia e Portugal), os únicos nos que os salarios por hora de traballo se reduciron a respeito do mesmo período de 2011 foron Eslovenia (-1,7%) e Estado español (-4,3 por cento). Na outra banda están países como Rumanía (onde aumentaron nun 7,6%), Estoinia (6,6%) ou Bulgaria, onde os salarios incrementaron en case un 6 por cento. En Alemania ese aumento foi do 3,3%, en Francia do 2% e en Italia foi de 0,7 por cento.
PRAZA_19662
A língua sempre será companheira dos grupos humanos, os seus interesses, os seus jeitos de procurarem a felicidade e a sua forma diversa de se organizarem. O Estado só tem espaço para uma. Mas há, por cima e por baixo do Estado, e também em paralelo a ele, outras formas de coesão social e relações humanas que permanecem na medida que sejam justas e autênticas
"Me llamo Josep Lluis aquí, y en la China Popular" (Josep Lluis Carod Rovira. TVE. 2007) China é um país imenso e muito diverso, do que também cada quem tem a sua opinião, preconceitos ou experiência. Eu penso não errar muito a o considerar um país e uma gente nomeadamente práticos. O Estado chinês não está virado em competir com ocidente nem militarmente nem culturalmente, mas focado em si próprio. Diriamos, usando as ferramentas interpretativas do passado, que se trata mais de "colonialismo interior" do que "imperialismo". Mas estes conceitos ainda não explicam nada bem... Pensando por caso no seu sistema educativo, o facto de o chinês mandarim ser o único idioma existente na escola na região falante de cantonês, e outras regiões com outras linguas, não tem a ver de jeito unívoco com direitos e efeitos, como poderiamos pensar com os esquemas mentais vigorantes entre nós a partir daquele Informe -dramatico- sobre a lingua galega (1973), que fez oficial uma sociolinguistica que tomava os mecanismos diretamente estabelecidos polo Estado moderno como limites psicológicos. Ficou daquela altura como dogma toda essa -dramática- explicação de Lingua A e Lingua B, bilinguismo, sistemas de imersão, complementares, subtituvivos e tal... Essa explicação -dramatica- aspira a lograr uma parte ou todo o Estado capitalista. Mas esquece que a única finalidade do mesmo é o desenvolvimento económico num espaço único: it's the economy, stupid! E portanto o fim que perseguem todos os seus instrumentos (moeda, segurança, educação...) são previstos para que funcione o mercado interior. A tal fim lhe convém por exemplo que os imigrantes doutras regiões estejam atendidos na sua língua para melhor movimentar mão de obra. Mas não lhe faz mal que por caso no delta do Rio das Pérolas um grupo humano como o cantonês conserve a sua coessão e estrutura, laços de solidariedade e fidelidade como catalizador na concentração de poder. O sistema chinês age funcionalmente com a lógica do mercado comum, mas há também nele espaço para a continuidade e o futuro das línguas locais. O cantonês não precisa de reconhecimento oficial, nem de estatus de espécie protegida, nem de investimentos públicos para ser um organismo culturalmente vivo, produtivo e funcional que se transmite naturalmente. Mais ainda, um estatus oficial como parte do aparato administrativo do Estado e da sua rede de interesses não seria olhado como coerente polos falantes do cantonês, nem tampouco o prestigiaria perante os imigrantes que suplicam aprende-lo. Para compreendemos melhor isto, tomemos a frase "sempre a língua foi companheira do império" como uma descrição dos factos, e não como um juiço de valor. Sigamos também a metafísica clássica. O imperio, é dizer, o Poder, é permanente. E o sistema, enquanto predicado do poder, é mudavel. O Estado moderno ainda que concentra o Poder para depois distribuir, é apenas um sistema de entre muitos, que há e haverá nas sociedades humanas. O facto de vigorar neste momento histórico como o mais aceite e assumido no "mundo desenvolvido", não o faz o Único nem o Permanente. Portanto as línguas não se têm que associar diretamente ao Estado moderno para serem funcionais. A língua sempre será companheira dos grupos humanos, os seus interesses, os seus jeitos de procurarem a felicidade e a sua forma diversa de se organizarem. O Estado só tem espaço para uma. Mas há, por cima e por baixo do Estado, e também em paralelo a ele, outras formas de coesão social e relações humanas que permanecem na medida que sejam justas e autênticas. Houve-as no passado, ainda ficam algumas entre nós, e não há que ter medo ao futuro para as procurar.
NOS_35421
Serán 17 días e arredor de 20.000 libros. O Consorcio Editorial bota a andar en Compostela o maior oulet de libros galegos tanto en tempo como en número de exemplares.
Estará aberto do 1 ao 17 de febreiro nas instalacións do centro comercial Área Central en Compostela. Durante todas esas xornadas poñeranse á venda arredor de 20.000 exemplares do fondo da distribuidora, en especial, das edicións da desaparecida A Nosa Terra aínda que tamén das outras editoriais que integran o Consorcio. A venda realizarase por lotes de maneira que se venderán dous libros a cinco euros e cinco a dez, á marxe de que algúns títulos de edicións especiais teñan un prezo por solto, moi por baixo do que foron vendidos en librarías. A idea do Consorcio é liquidar definitivamente os fondos que quedaban no armacén das distintas coleccións de A Nosa Terra.
PRAZA_2903
Non só gañamos en calidade democrática. Este proceso, iniciado xa polo 15M, supuxo tamén ilusión e emoción. E isto non é menor. Porque chegados a este punto todos sabemos, máis ou menos, de que lado estamos, que valores compartimos e que cor nos gusta máis, pero había tempo que ninguén conseguía facer soñar.
Máis aló das matemáticas electorais, da política ficción dos "que pasaría se?", "que pasaría se Podemos tivera ido con Izquierda Unida?", "que pasaría se En Marea tivera ido con Nós?", "que pasaría se tiveramos circunscricións electorais grandes que posibilitaran un reparto de escanos máis proporcional?", é o momento de facer balance, e non só dos resultados, senón da intensa campaña electoral que acabamos de pechar. Xa ninguén dubida que acabamos de asistir a unha campaña histórica, non só era grandilocuencia comparar este momento con 1978, vendo os resultados podemos afirmar que a historia política en España e en Galiza, xa mudou. Xa non serán dous, senón catro, ou mellor, dez, dez partidos con representación parlamentaria que van contar. Porque co axustado dos números a cámara vai ser o que algúns esqueceron hai décadas, un espazo de discusión e encontro, de diálogo, de negociacións, de buscar consensos, en suma, o espazo da política. Falan do risco da inestabilidade, escusas de mal perdedor, porque en vez de inestabilidade tamén podían falar de diversidade, de diálogo, de construír xuntos, de sumas e non de restas, xa non hai unha maioría clara que poda impoñer o seu criterio ás minorías, e iso supón, sobre todo, un gran paso de calidade democrática. Calidade democrática, tamén, porque neste novo Parlamento van entrar máis mulleres que nunca, serán case o 40%, e rozarán o 50% no caso dos representantes de Podemos. E democracia radical porque moitos dos asentos do hemiciclo van estar ocupados por cidadáns, persoas normais, coma ti, coma calquera de nós. Persoas que decidiron que era o momento de autoorganizarse, de dar un paso adiante, profesores, parados, xuízas, traballadoras sociais, escritoras, activistas... que non só van dar un toque de color e frescura necesario ó parlamento español, senón que van poñer sobre a mesa os temas que nos interesan: desafiuzamentos, recortes sociais, dereitos constitucionais, corrupción, desemprego e encima poden facelo coa sensibilidade que outorgan idiomas distintos: galego, catalán, euskara, castelán, e todos traballando por un obxectivo común, que a política volva poñer ós cidadáns no centro. E non só gañamos en calidade democrática. Este proceso, iniciado xa polo 15M, supuxo tamén ilusión e emoción. E isto non é menor. "Non me convenza, emocióneme" dicía Toni Puig, experto en comunicación política. Porque chegados a este punto todos sabemos, máis ou menos, de que lado estamos, que valores compartimos e que cor nos gusta máis, pero había tempo que ninguén conseguía facer soñar. E neste proceso tivemos moitas ocasións de emocionarnos, primeiro coa xente que quería facer algo, miles de persoas que querían contribuír, no que fose preciso a cambiar as cousas, e logo políticos novos que nos regalaron frases para o recordo, que nos fixeron crer que era posible, e centos de miles de persoas que nos bares falaban de política por primeira vez, e finalmente onte, vendo a miles de persoas que acudiron ás urnas ilusionados, convencidos que esta vez si, que esta vez era diferente.
NOS_22250
Porén, o descenso da Covid modera a súa caída na Galiza. Non ceden os contaxios nin a incidencia nas áreas de Lugo e Ourense.
Galiza rexistrou nas últimas horas 567 novos contaxios por Covid, unha trintena menos que os anotados hai unha semana e 165 máis que os notificados o último día. Ademais, soben en todas as áreas. Con todo, o resto de indicadores melloran; baixan as infeccións activas, hai 258 menos que a xornada anterior, e tamén a presión hospitalaria, con 23 pacientes menos ingresados por mor do coronavirus. Un dos alivios máis significativos desta quinta vaga. Segundo os datos feitos públicos esta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade, nas últimas 24 horas confirmáronse 567 contaxios novos, dos cales a área de Lugo sumou 137; a da Coruña, 117; a de Vigo, 115. Na de Santiago detectáronse 98 novas infeccións, 51 na de Ourens, 26 na de Ferrol e 23 na de Pontevedra. Casos activos En canto ás infeccións activas, baixan en todas as áreas menos na de Lugo e Santiago. Así, os distritos de Lugo, A Mariña e Monforte rexistran 50 casos máis e sitúase con 1.342. Os de Santiago e O Barbanza alcanzan os 1.223 casos activos após aumentar en 21. Con todo, e a pesar dos descensos, a área da Coruña mantense á cabeza, con 2.793 (-137), seguida da de Vigo, con 2.180 (-102); Pontevedra, con 828 (-56), Ferrol, con 720 (-31) e Ourense, con 694 (-3). Presión hospitalaria Os datos publicados por Sanidade reflicten unha redución da presión hospitalaria, tanto en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) como en unidades de hospitalización convencional. Así, notificáronse 55 pacientes con Covid ingresados en coidados críticos, tres menos, e 222 pacientes en planta, 20 menos. En total, 277. Por áreas, o maior número de pacientes graves atópase no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, con 18 casos en UCI (un menos). Os centros desta área contan ademais con nove pacientes menos en unidades convencionais, 68 en total. Na área de Vigo manteñen 10 pacientes en UCI, pero descenden os ingresados en planta, 11 menos, co que quedan con 49. En Ferrol descende tamén a presión hospitalaria xa que, a pesar de contar con nove pacientes en críticos -sen cambios-, rexistra catro menos en planta -17 en total-. A área de Lugo mantén 26 hospitalizados en unidades convencionais -sen cambios-, pero conta cun menos en UCI. En Ourense e Santiago, pola contra, sobe lixeiramente a carga asistencial. Na área ourensá baixan os ocupantes de camas en críticos, un menos, sete en total, pero soben os de camas convencionais, tres máis, até 30. Na área sanitaria de Santiago non varían os hospitalizados en UCI, cinco, pero contan cun ingresado máis en planta, 18 en total. A área de Pontevedra, pola súa banda, non rexistra cambios respecto da xornada anterior e mantén catro pacientes en UCI e 14 en planta. Incidencia Así as cousas, a incidencia acumulada na Galiza non rexistra grandes variacións. Conserva unha lixeira tendenza á baixa mais a estabilidade marca a súa evolución nestes días. Sitúase na contorna dos 148 casos a sete días e dos 316 a 14 días. A evolución máis negativa rexístrase nas áreas sanitarias de Lugo e Ourense, onde sobe a incidencia a unha e dúas semanas. A medio camiño, a de Santiago, que anota unha leve repunta a sete días, o indicador que facilita o seguimento epidemiolóxico a máis curto prazo. Falecementos Desde o inicio da pandemia faleceron 2.550 persoas con coronavirus. Os últimos decesos comunicados por Sanidade foron un home e tres mulleres, unha delas, de 93 anos, residía no centro de maiores García Irmáns de Betanzos. Ademais, outra muller de 89 anos faleceu no CHUAC da Coruña e unha de 68 anos fíxoo no CHOP de Pontevedra. O home, de 85 anos, atopábase hospitalizado no Hospital Virxe dá Xunqueira de Cee .
PRAZA_4841
A iniciativa, que botou a andar en novembro, atrae empresas de toda Galicia e mesmo de fóra de España. O alcalde, Rafael Rodríguez, destaca que este éxito demostra que a administración pública "pode xestionar unha iniciativa deste tipo con condicións moito máis vantaxosas que un promotor privado".
En novembro botaba a andar no Concello de Amoeiro o primeiro polígono virtual de Galicia, en colaboración coa empresa Ciolet System e a Corporación Eurogalega de Negocios. Nun primeiro momento ofrécelles ás empresas e emprendedores asesoramento fiscal, laboral e contable de balde, para que nunha segunda fase estas empresas se poidan beneficiar de máis servizos tecnolóxicos (seguridade, aloxamento web, rede, mantemento...), e outro tipo de actividades e soportes (espazos para eventos ou cursos, por exemplo) por dez euros ao mes. En apenas tres meses de actividade o Polígono Virtual de Galicia xa acolle un cento de iniciativas empresarias e ao redor de corenta ou cincuenta máis están a realizar os trámites requiridos para incorporarse á plataforma. O alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez (PSdeG-PSOE), destaca a diversidade dos proxectos que se embarcaron no Polígono, dende empresas do ámbito tecnolóxico, de servizos, algunhas que traballan con produtos agrícolas ou outras relacionadas coa hostalaría. Son empresas e proxectos chegados dende toda Galicia, e mesmo algún dende fóra de España. Rodríguez sinala que o éxito acadado até o momento "demostra que unha administración pública pode levar a cabo unha iniciativa deste tipo con condicións moito máis vantaxosas que un promotor privado. Ao non ter ánimo de lucro e fixar uns prezos polos servizos que ofrecemos simplemente para cubrir os gastos xerados, podemos ofrecer tarifas máis competitivas e mellores servizos". Este proxecto racha ademais moitos tópicos sobre a Galicia ou sobre os concellos pequenos. Trátase dunha plataforma nacida ao abeiro das novas tecnoloxías e que explora novos camiños na procura da creación de riqueza, o fomento empresarial e a loita contra o desemprego, e faise dende un concello de apenas 2.300 habitantes. Rafael Rodríguez salienta que "queremos converter Amoeiro nun concello que aúne tradición e tecnoloxía, queremos ser o primeiro concello 2.0 de Galicia" e subliña que precisamente como concello pequeno contan "cunha vantaxe sobre os máis grandes e sobre as cidades", que é a axilidade na tramitación: "Non hai burocracia, polo que é máis doado que cando chega unha iniciativa, se leve á práctica case de inmediato". Rafael Rodríguez salienta que "queremos converter Amoeiro nun concello que aúne tradición e tecnoloxía, queremos ser o primeiro concello 2.0 de Galicia" Nas últimas semanas o Polígono foille presentado a representantes de todas as forzas políticas, entidades empresariais e outros colectivos. "A iniciativa é aberta, por iso estamos mantendo contactos con todos os grupos políticos para que todos aqueles que estean interesados e queiran participar poidan facelo", explica o rexedor. Ademais son varios xa os premios e recoñecementos acadados polo Polígono Virtual; por exemplo, en decembro foi recoñecido como "a mellor iniciativa emprendedora" da provincia de Ourense polo Círculo de Jóvenes Empresarios. "Internet tamén modifica os límites dos ámbitos de actuación dun concello. Agora que tanto se fala de colaboración entre administracións, a mellor proba é isto" O Polígono vaise dotando aos poucos de novos servizos para ofrecérllelos ás empresas adheridas. Por exemplo, xa conta cunha tenda virtual para venda online, certificados de calidade, descontos en servizos de programación e deseño, e os mellores proxectos serán premiados cun estudo de viabilidade gratuito. Ademais, o Polígono está traballando para crear a primeira praza de abastos virtual de Galicia. "Se queremos facer país, se queremos que o proxecto interesante dunha persoa saia adiante, calquera lugar pode ser bo", conclúe Rafael Rodríguez: "Internet tamén modifica os límites dos ámbitos de actuación dun Concello. Agora que tanto se fala de colaboración entre administracións, a mellor proba é isto".
QUEPASA_349
As familias xa poden disfrutar do Camiño dos Faros coa vertente infantil dos trasn@s
Espectacular o traballo da Asociación Camiño dos Faros coa divulgación deste tesouro natural creado por eles mesmos. Os trasn@s da entidade veñen de realizar unha adaptación para familias das esixentes 8 etapas do Camiño entre Malpica e Fisterra. Deste xeito, convirte cada unha das 8 etapas en 3 subetapas, moito máis doadas para as crianzas de entre 6 e 12 anos. Con esta proposta do Camiño dos Faros Infantil, pretenden que a rapazada se involucre no seu entorno, coñeza a realidade da Costa da Morte e disfruten de ser trasnos, ao tempo que invitan aos adultos a sacar ese neno agochado que todos aínda levamos dentro. Xogos para rutas circulares Ademais de invitar a cada familia facer as rutas pola súa conta, os trasn@s tamén invitan a facelo nunha ruta libre e autoguiada polos pais e nais a través dun xogo de pistas e audios para pasar probas. Cada proba ten unha solución que hai que cubrindo no Traskipasaporte, para conseguir descifrar o Traskienigma. Ademais hai que ir conseguindo os cromos para completar un álbum. Rutas conxuntas en marcha Como fan os maiores, a primeira saída foi este sábado 16 de marzo facendo unha ruta circular entre Malpica e San Adrián. Una cita que congregou a ducias de familias que puideron xogar conxuntamente e descubrir unha espectacular Traskiaventura. Así, xa hai un calendario de saídas conxuntas, pero autoguiadas (a Asociación non se pode facer responsable da actividade), para ir aprendendo en común nesta nova andaina dos activos trasn@s da Costa da Morte. rmación http://www.caminodosfaros.com/infantil/.
NOS_44892
O Foro Galego da Familia esixiu ao goberno municipal de Pontevedra a retirada da faixa a favor do aborto libre e o dereito das mulleres a decidir. O Concello de Poio, tamén do BNG, pendurou tamén unha faixa a favor do aborto na súa fachada.
Para o Foro Galego da Familia,"o pancartismo institucional é unha demostración de abuso de poder", denuncian no seu comunicado, indicando que a institución municipal está a impor a súa ideoloxía sobre a cidadanía. "Non se pode manipular nin adoutrinar dende o frontispicio do Pazo Municipal nin a muller nin á cidadanía. A muller sempre é a primeira vítima do aborto", sinalan no comunicado segundo o cal,co aborto "só se lucran as clínicas abortistas que agora ven perigar o seu lucrativo negocio". O colectivo ultrarrelixioso xa se manifestara tamén contra as relacións homosexuais e fixera unha campaña de recollida de sinaturas para unha Iniciativa Lexislativa Popular contra o divorcio e por un "matrimonio indisolúbel". O Concello de Pontevedra pendurou a faixa na fachada da Casa Consistorial a pasada sexta feira coa presenza do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ademais de diversos concelleiros e concelleiras, entre eles, o voceiro do PSOE.
NOS_46424
[ACTUALIZADA ÁS 14.18] Que o Pazo de Meirás pase ao patrimonio público. Esta é a principal reivindicación das primeiras voces que reaxiron ao anuncio da venda do inmoble espoliado por Franco que permitiría o lucro dos seus herdeiros.
A sexta feira, 16 de febreiro, facíase pública a intención da venda do Pazo de Meirás por parte da familia Franco, após o falecemento da filla do ditador o 29 de decembro de 2017. Non tardaron en aparecer as primeiras reaccións, que coinciden na necesidade de que a Xunta de Galiza recupere o Ben de Interese Cultural, que foi espoliado ao pobo galego tras o golpe de Estado de 1936. O Concello de Sada, a través dun comunicado, solicítalle ao Goberno galego que convoque, de maneira "extraordinaria e urxente" a Comisión de persoas expertas sobre o Pazo de Meirás, co fin de que o ben pase ao patrimonio público. O Concello trata, así, de que se defina e se concrete unha solución para o inmoble, "a urxencia non admite dilacións nin demoras para determinar cando e como o Pazo de Meirás debe pasar ao patrimonio público, así como os efectos legais derivados de, no seu caso, a nulidade da adquisición da propiedade por Francisco Franco sobre a venda anunciada agora". O Concello de Sada acusa a Xunta de "pasividade cómplice cos intereses económicos dos herdeiros de Franco" No comunicado, o Concello acusa a Xunta de "compracencia cunha eventual transmisión do pazo" e de "pasividade cómplice cos intereses económicos dos herdeiros de Franco" ao redor dunha propiedade obtida "mediante a extorsión, o espolio e os instrumentos represivos e coercitivos dunha ditadura". Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica Tamén se pronunciou ao respeito a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, que emitiu un comunicado en que advirte do que pide "a realidade social": "que se faga efectivo dunha vez o paso ao patrimonio público do Pazo de Meirás, xa que a familia Franco desfruta dun ben ilexitimamente conseguido nos tempos da ditadura". "É importante sinalar que o prezo que aparece nas noticias [8 millóns de euros] non son máis que o equivalente en razóns das que dispón o pobo galego para recuperar o que é seu", continúa. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica: "O pazo non se merca, porque xa o pagou a cidadanía galega, que foi espoliada" A entidade salienta que o pazo "non se merca, porque xa o pagou a cidadanía galega, quen foi espoliada nos negros tempos do franquismo". Desta maneira, a Comisión reclama "o inmediato paso ao patrimonio público sen ningunha compensación económica á familia Franco". Neste sentido, indica que "non é de recibo que logo de sufrir o espolio o pobo galego para favorecer o ditador Francisco Franco sexa a propia familia do tirano quen cobre unha fortuna para facer negocio do roubado á cidadanía". Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña Ademais, Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e membro da Executiva Nacional do BNG, denuncia que o anuncio da venda do pazo é "a constatación de que os traballos da Xunta pro Devolución do Pazo van por bo camiño". Goretti Sanmartín: "O informe xurídico que prepara a Xunta pro Devolución do Pazo está na orixe da rapidez dos herdeiros, que saben que hai vías legais que cuestionan a propiedade" Afirma, ao respeito, a través dun comunicado de imprensa que "isto non modifica a estratexia que se está a seguir" e anuncia que "nas próximas semanas estará o informe xurídico que sinala os pasos para que o pazo pase a ser ben público". A nacionalista di que este traballo "está na orixe desta rapidez dos herdeiros, que saben que hai vías legais que cuestionan a propiedade familiar". Goretti Sanmartín lembra que a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, impulsada desde a propia Deputación da Coruña, ten como obxectivo que o inmóbel "pase a ser de uso público" e, segundo sinalou, "é precisamente esta loita a que fai que a familia Franco axilice a venda, buscando a maneira de aproveitarse dese patrimonio que conseguiron facendo uso do poder do ditador antes de que prosperen as iniciativas que están a traballar para que o Pazo pase a ser propiedade pública". Esquerda Unida Pola súa banda, Esquerda Unida emitiu un comunicado en que cualifica o anuncio da venda como unha "Mofa á democracia e ao pobo galego". No caso de confirmarse a intención dos herdeiros de Franco, o partido insta a Xunta a "paralizar" a operación e a facer que o inmoble "se incorpore ao patrimonio público de Galiza". Eva Solla: "A Xunta debería paralizar a operación e facer que o inmoble se incorpore ao patrimonio público" A coordinadora nacional de EU, Eva Solla, lembra que en setembro de 2017, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmaba que desde o goberno estudarían todas as opcións posíbeis para recuperar o pazo. "A día de hoxe", sinala Solla, non ten constancia de que a Xunta impulsase "nin unha soa medida nin ningún estudo xurídico para recueprar a propiedade". Ademais, EU afirma que aínda non recibiu resposta ningunha sobre a denuncia formal presentada o pasado mes de setembro por un presunto delito de odio cometido pola Fundación Francisco Franco por "negación de crimes de lesa humanidade". En Marea En Marea tamén se pronunciou sobre o anuncio da venda do pazo e pídelle á Xunta que "tome cartas" no asunto para evitar que os Franco "fagan cartos a conta dun espolio realizado a punta de pistola". Así, insta o Goberno galego a que "acometa todas as accións necesarias para evitar esa venda e conseguir que o pazo forme parte do patrimonio público galego". Antón Sánchez: "Sería unha burla que a familia Franco fixese cartos a conta do espolio realizado polo ditador" "Sería unha burla que a familia Franco fixese cartos a conta do espolio realizado polo ditador", afirma Antón Sánchez, viceportavoz de En Marea, nunha nota remitida aos medios. O partido político anuncia que reclamará no Parlamento "unha actuación rápida por parte da Xunta". Aliás, ao igual que o Concello de Sada, pedirá unha reunión da comisión de expertos. "O PP debería manifestarse e demostrar a favor de que estar: se a favor de que o pazo sexa dos galegos ou se está defendendo os intereses da familia do ditador", salienta Sánchez.
NOS_11976
Esta por facer a crónica do nacionalismo galego naquel Pereiro de Aguiar que fixo república. A organización da sección local do Partido Nacionalista Republicano de Ourense en Santa Cristina de Vilariño, a constitución das agrupacións do Partido Galeguista en Cobas e Triós, o maxisterio de Ben-Cho-Shey e Manuel Luís Acuña e tamén os asasinatos viles de Antonio Dopazo e Xoán Blanco Martínez.
Un máis, pero non un calquera, no Pereiro de Aguiar nacionalista. Manuel Pérez Losada, un labrego nado en 1898 en Santa Cristina de Vilariño, militante da sección da súa parroquia do Partido Nacionalista Republicano de Ourense que, en Maio de 1931, organiza un mitin de propaganda electoral de cara ás eleccións de xuño, coa presenza de Leuter González Salgado, Arturo López Trasancos e Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben Cho Sey, militante de primeira hora do Partido Galeguista. O PNRO participaría no congreso fundacional do Partido Galeguista, que tivo lugar en Pontevedra en decembro de 1931. Así, en Febreiro de 1934, Manuel Pérez Losada aparece xa como vocal nunha directiva do PG presidida por Antonio Cerdeiro e da que formaban parte tamén Gaspar Ramos como vicepresidente, Claudino Díaz como secretario, Rosendo Pérez como vicesecretario, Alfredo López como tesoureiro e Castor Pérez, Andrés Blanco e Antonio e Ramón Fernández como vocais. No mes de Abril de 1936, renóvase a directiva, Manuel Pérez Losada volve ser elixido como vocal, nun consello local do que eran membros Antón Iglesias, Xosé Valcárcel, Manuel Fernández, Xosé Núñez, Alfredo López, Manuel Cebreiros, Casto Molinas, Enrique Lorenzo e Bernardino Castro. As pegadas da súa traxectoria vital e política están presentes nas grandes loitas sociais da comarca. Dirixente da Sociedade Agraria de Santa Cristina de Vilariño, de longa tradición reivindicativa e na altura de dirección nacionalista, é detido en Outubro de 1934 pola súa participación activa nos sucesos revolucionarios daquelas datas onde a entidade agraria vai xogar un papel de destaque. Así entre o 6 e 7 de Outubro de 1934 membros da organización forman piquetes para intentar impedir a chegada de alimentos á cidade de Ourense, realizan accións de sabotaxe con barricadas na estrada de Ponferrada e perpetran a voladura de varios postes de telégrafos, o que provocará a detención de varios dos seus membros, algúns deles militantes nacionalistas, como Antonio Cerdeiro, Gaspar Ramos ou os irmáns Nespereira. A propia A Nosa Terra no seu número do 20 de Abril de 1935 dá conta da represión que sufría o grupo nacionalista de Vilariño, que mesmo foi motivo de debate na IV Asemblea Nacional do Partido Galeguista, indicando que "esta sendo obxecto de persecución e detivéronse a varios afiliados ao grupo sen outro motivo que a xenreira dos inimigos e dos caciques. Peña Rey dá conta das xestións feitas no Goberno Civil de Ourense e a asemblea acorda mostrar a súa simpatía cos irmáns de Vilariño". A represión sufrida polo grupo nacionalista de Vilariño foi motivo de debate na IV Asemblea Nacional do Partido Galeguista E apareceu asasinado o 9 de decembro de 1938 no camiño de Calvelle-O Pereiro de Aguiar. A represión ao nacionalismo en Santa Cristina de Vilariño e noutros núcleos do Concello do Pereiro de Aguiar vai ser proporcional a súa influencia social, até o punto de que varios cadros dirixentes da agrupación local serán vítimas da persecución como o seu presidente Antón Iglesias, o seu tesoureiro Alfredo López ou os irmáns Nespereira. Máis dous, Antonio Dopazo e Xoán Blanco Martínez, serán asasinados naqueles meses que seguiron ao golpe de estado franquista após permaneceren agochados nunha vivenda perto da escola de Loñoa. Antonio Dopazo, encarcerado na prisión de Celanova, onde recibe a noticia o 4 de Agosto da súa destitución como mestre, será asasinado o 14 de Setembro de 1936; o seu corpo é tirado ao río Miño desde a Ponte de Codesal e posteriormente recuperado río abaixo pola familia. Xoán Blanco Martínez foi baleado o 27 de xullo de 1936, perto da casa onde estaba escondido, rexistrándose o cadáver no Outeiro de Arcos na parroquia de Santa Marta de Moreiras.
NOS_33599
A Xustiza da a razón ás e aos traballadores da empresa que tiña anteriormente a concesión do servizo. A firma Tralusa, encargada do transporte urbano da cidade e pertencente á compañía lucense, deberá incorporar a estes operarios ao cadro de persoal.
O xulgado do Social número 3 de Compostela vén de comunicar a primeira das sentenzas sobre o despedimento das e dos traballadores da empresa Freire que se encargaban da liña de transporte entre a cidade e o aeroporto antes de que a concesión cambiara de mans. O auto dá a razón ao cadro de persoal, que foi ao paro co cambio de compañía á fronte da ruta, e condena á nova concesionaria do transporte urbano do municipio, Tralusa, a asumir a subrogación dos contratos laborais. A firma, pertencente ao Grupo Monbus, xa tería que ter readmitido ás e aos operarios "o pasado 23 de decembro" ou, polo menos, así o sosteñen desde a FGAMT-CIG local. O representante da federación, Inácio Pavón, destacou que esta sentenza é "demoledora" posto que demostra "o despropósito que, por parte do Concello e de Tralusa, se fixo con estes traballadores deixándoos na rúa". O escrito xudicial indica, segundo a central sindical, que está "probado" que era obrigatorio que se aplicara o acordo autonómico de "subrogación" con independencia de que a licitación non chegara no tempo estipulado inicialmente dado que "o servizo séguese a prestar na actualidade". Se ben é certo que hai outros procesos abertos e poden chegar novas sentenzas, Pavón insta á empresa propiedade de Monbus a non agardar e "executar de inmediato o criterio xudicial procedendo a subrogar á totalidade dos traballadores afectados restituíndoos no seu posto de traballo". Aliás, o voceiro pide ao Goberno local e ao concelleiro de Mobilidade de Compostela, "que no seu día se desentendeu do problema que eles mesmos crearan que tome as medidas necesarias para que se dea cumprimento á sentenza optando pola subrogación".
PRAZA_1450
ENTREVISTA O grupo Ataque Escampe volve á carga para xogar, desta volta na casa. Presentan na Numax o proxecto Relatos Americanos e dan o concerto de despedida do seu cantante, Álex Charlón na Capitol.
O grupo Ataque Escampe comezou a ser coñecido no 2007 cando publicaron a súa primeira maqueta Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos. Un ano máis tarde chegaría o seu primeiro disco, Galicia es una mierda. Logo virían A grande evasión, Violentos anos dez, Noites de agosto con Ataque Escampe e o seu último traballo, O Disco Vermello .Despois dun ano sen facer un gran concerto na súa cidade, Santiago de Compostela, volven o venres á Capitol, un concerto especial no que despedirán ao cantante desde os albores do grupo, alá polo 2002, Álex Charlón. Pero antes teñen unha parada no Numax para presentar Relatos Americanos, un traballo en colaboración co artista Misha Bies Golas.Como van sobrevivindo as Ataque Escampe nos, aínda, Violentos anos dez?Miguel: Pois agora facemos mellores directos e tamén, se cadra, temos menos concertos, pero mellor remunerados, entón é unha vida máis cómoda como grupo.Samuel: Menos concertos tampouco porque, normalmente vai por épocas, cando sacas disco tes máis e os anos que non sacas disco menos. En 2013 tivemos moi poucos concertos, logo tivemos en 2014 e este ano tamén. Si que están mellor remunerados e, dalgún xeito, témolo asumido máis como unha rutina. Antes, se cadra, collíanos máis de sorpresa, había que preparalo nesa semana e demais pero agora vai todo máis rodado. "Temos os concertos máis asumidos como unha rutina, antes collíannos máis de sorpresa"Mantedes desde xa hai unha década os mesmos postulados estéticos e éticos que vos diferenzan moito na escena, isto reportouvos máis satisfaccións ou máis quebradeiros de cabeza?S: Nós seguimos sendo o mesmo en canto a que seguimos facendo música independente, facémola nós, e nunca recorremos a terceiras persoas, agás en casos técnicos puntuais. O problema é que a categoría esa que usábamos de rock de serie B tiña unhas connotacións como graciosas cando, realmente, hai anos era todo un pouco como un espectáculo de paiasos, os concertos saían ás veces mal e entón salvagardábamonos nisto, non, tranquilos, facemos rock de serie B. Hai uns anos isto xa non tiña sentido, os concertos saían ben e a categoría estábanos servindo para que a xente nos tivera algo de medo pensando que nos concertos pasaban cousas malas ou que podían saír mal, non oírse nada en todo o concerto ou cousas así, e desde hai anos xa non a estamos usando, renunciamos, era unha cuestión de slogan, de publicidade. "Xa non usamos o slogan de serie B porque nos nosos concertos xa non pasan cousas malas"No reducido circuíto do indie galego, vós credes que se asocia este estilo ao castelán e non ao galego?M: Si, o castelán ou o inglés, fundamentalmente por unha cuestión cuantitativa porque tampouco hai moitos grupos que fagan algo que se poida recoñecer dentro do indie en galego e os medios de difusión do que é a escena indie tampouco están en galego, están en español. Que conste que o termo indie connota certa estética e ética coa que non nos sentimos identificados aínda que si, somos máis indies que folkies. "O termo indie connota certa estética e ética coa que non nos sentimos identificados aínda así, somos máis indies que folkies"S: Por algunha razón o indie ou o pop en Galicia, cando se fai en galego ou é algo moi ruidoso, moi experimental ou algo que xa é música de festival, estilo ska, entón o que queda no termo medio, que sería basicamente o que se apoia máis no formato canción, si que dá máis a sensación de que a súa lingua natural é o castelán, entón nós vémonos un pouco a medio camiño. Dicía Gato Pérez nunha entrevista que lle lin hai pouco que, hai anos, pasáballe o mesmo coa música en catalán, que todos os que facía rumba o miraban raro e logo os catalanistas que lles gustaba o folk e a nova cançó, tampouco acababa de convencerlles.O bravú provocou que se identifique o galego cun tipo de música e de clixés moi concretos?M: Entre o bravú e nada eu prefiro o bravú porque, polo menos, ofrece un referente, á parte de que dinamizou a vida cultural de moitos sitios, si que serviu como referencia do rock ou a música popular en galego. Se fose outro grupo tamén ía crear unha connotación, se fosen Los Planetas, en galego, pois ía direccionar cara un sitio os grupos posteriores. "Entre o bravú e nada eu prefiro o bravú porque, polo menos, ofrece un referente"S: Iso é un pouco o caso de Asturias que, nesa época, a música que se puxo de moda foi o indie e entón hoxe, dalgún xeito, imitan máis ese estilo. Aquí séguese imitando máis esa música dos 90 e, se cadra, ese é o problema porque, aínda que nos 90 era complexa a adquisición dunha gran cultura musical, porque o acceso non era directo, tiñas que ter interese e cartos, pecábase moito dunhas temáticas moi repetitivas, copiándose uns a outros, bastante sexismo e si, certos clichés, que ao mellor hoxe nalgúns ámbitos, sobreviven un pouco. Ese concepto de música para festival do que falaba antes é un pouco herdanza do bravú.O Nao mas tardar en um ano era premonitorio do tempo que iades tardar en volver con todo á vosa cidade, con ese concerto na Capitol…M: Nós sacamos o Disco Vermello nunha época un pouco mala para sacar discos, que é xuño, e despois fóisenos pasando a ocasión de tocar aquí en Santiago, e claro, ao final pensamos, bueno hai que tocar aquí en Santiago e, de paso, facer a despedida do cantante, matar dous paxaros dun tiro, vaia. Intentamos non tocar en Santiago moi seguido, para non queimar á xente, para non queimarnos nósS: Intentamos non tocar en Santiago moi seguido, para non queimar á xente, para non queimarnos nós. Cadrou que polo medio saíunos un acústico na zona C, non é o mesmo que o que vai haber na Capitol, porque hai menos músicos, menos repertorio, e como fixemos iso, non tivemos présa ata agora.O concerto vai ser un remexe de todos os traballos?M: Imos tocar máis tempo que outras veces, e iso daranos espazo para facer un pouco de todo, pero máis do último disco, que nunca o presentamos en Santiago, claro. Haberá o factor importante de que será o último concerto de Álex como cantante, entón iso dálle un carácter especial.Vós sempre dicides que sodes cooperativas, pero a voz dun cantante identifica, en boa parte, a un grupo… Hai unha historia truculenta de celos ou cartos detrás da marcha de Álex?M: (ri) Non, era, sobre todo, unha cuestión de tempo del, que non atopaba moito para as cuestións artísticas, para ensaiar, para ir tocar, que é bastante traballo. Evidentemente nós intentámolo convencer de que non se fose porque é a voz recoñecible do grupo pero, ante a súa convicción en marchar pois dixemos ou seguimos, cousa que era posible porque el non era o compositor principal, e o traballo do grupo sempre o fixemos entre todos ou deixamos o grupo. A ver, tampouco vou mentir, o de deixar o grupo nunca se formulou, realmente, entón o que faremos é seguir sen el, a ver que tal. "O de deixar o grupo nunca se formulou, realmente, entón o que faremos é seguir sen Álex, a ver que tal"S: Pero dalgunha maneira levabamos xa tempo, porque xa sabiamos que isto ía pasar, traballando como se o predicíramos, sempre intentamos, varios de nós, cantar, para ir metendo outras voces. E que conste que, bueno, levamos xa uns 15 concertos en 2015 sen el.Faládeme dos teloneiros.S: Por un lado temos a Vozzyow, que é un grupo que, antes facían un rock duro, baixo outro nome, pero agora fan unha especie de noise, e vímolos hai pouco no Cachán e quedamos gratamente sorprendidos, e o curioso é que son os nosos compañeiros de local de ensaio, pero nunca nos coincidira de cruzármonos.The Lost Omelette-Makers son un proxecto de folk ou freak folk, cun pouco de música máis indie. Son compañeiros nosos do selo de Discos da Máquina.O, xa alcalde de Compostela, Martiño Noriega, incorporou ao seu discurso reiterativamente o dos violentos anos dez, e outras frases como a dos señores que viven atrás das luces, sentídesvos responsables da victoria?M: É un avance este cambio, pero responsables tampouco porque Compostela Aberta é un movemento colectivo máis alá dos gustos musicais de Martiño que, eu creo, que as Ataque Escampe, somos minoritarios, dentro do que é o gusto musical da xente das mareas.Abristes unha web moi pro, como foi ese paso de deixar o voso mítico blog de rock de serie B?S: Foi por pasos. Había tempo que o blog non se actualizaba e cambiámolo polas redes sociais para dar a información máis inmediata, e iso obrigábanos a ir actualizando. Aí atrás tomamos a decisión de facer a web, ver un blog atrasado dá moita pena, é como cando ves un reloxo parado, dá a sensación de algo deixado. "Ver un blog atrasado dá moita pena, é como cando ves un reloxo parado"A idea cooperativa de Relatos Americanos é moi innovadora, como naceu?R: Pois coa colaboración de Misha Bies Golas na portada do Disco Vermello. El é un artista plástico e tiña un conxunto de collages que fixo a raíz dunhas fotografías dun fotógrafo americano que el modificou e propúxonos facer algo e a idea cristalizou no que é o libro, que é un conxunto de textos no que nós falamos dunha maneira un pouco… literaria das nosas experiencias nos directos.Que tal funcionou ou crowfundig?R: Ben, moi ben, pensaramos máis veces en facer algo así e isto serviunos como proba, o público respondeu ben e conseguimos os cartos que era o obxectivo fundamental. Non temos falado se retomalo para vindeiros proxectos, pero visto que funciona, é unha posibilidade a non descartar. S: Houbo unha tempada na que se abusou demasiado do crowfunding, porque ti poñías os cartos pero non había unha compensación. Agora parece que volve, porque faise menos e é recuperable, pero vaia, tampouco é o único xeito.Relatos Americanos é unha viaxe a través de paisaxes agrarias e industriais, como é ese universo?R: As fotos debuxan unha paisaxe diferente á que vivimos nós nos concertos en Galicia pero digamos que o espírito dos collages é o que nos contaxiou a nós para dar o ton, o punto de vista desde o que naramos a nosa experiencia. Hai unha vivencia un pouco derrotista, desencantada ou polo menos irónica, desa experiecia musical. "Tocar nun concerto non é só subir a un escenario senón o que fas antes, o que fas despois, a xente coa que tratas, e iso convértese nunha rutina que quen sexa músico entenderá"M: Si bueno, máis que experiencia musical é experiencia do lugar en si. Tocar nun concerto non é só subir a un escenario senón o que fas antes, o que fas despois, a xente coa que tratas, e iso convértese nunha rutina que quen sexa músico entenderá. E de aí extraemos a anécdota, non do que pasa no escenario, senón do que pasou antes ou despois. Normalmente son cousas anecdóticas pero que poden ter un significado máis profundo. E máis que derrotista é un pouco un xogo entre o triste e o cómico, que é o territorio no que nos movemos nós, tanto nas cancións como aquí. "En Relatos Americanos hai unha vivencia un pouco derrotista, desencantada ou polo menos irónica, desa experiecia musical"Como credes que deberían funcionar as subvencións na música?R: Pola experiencia noutros ámbitos que eu coñezo, como o teatro, as subvencións teñen o perigo de que haxa persoas, ou empresas ou grupos que se relaxen, que se distraian un pouco de facer un produto interesante, todo isto dígoo desde a defensa do apoio da administración á cultura, por suposto. Entón creo que se hai subvencións deberían centrarse moito na promoción, e en abrir medios de comunicación especializados. O que non pode ser é que haxa axudas á producción e non á promoción e que non haxa unha aposta clara pola cultura en galego.M: Hai, ou eu teño percibido, certo desprezo dos grupos galegos que cantan en español cara os que cantan en galego: "claro é que na Radio Galega hai que poñer música cantada en galego, para axudalos...". Radio 3 leva 30 anos sendo o difusor principal da música cantada en español, e está financiada con fondos públicos. É música subvencionada de maneira en directa e se non houbese Radio 3 ou se o Estado Español non subvencionase a música española en español sería irrelevante, non habería escena, non habería cultura musical española. "Se non houbese Radio 3 ou se o Estado Español non subvencionase a música española en español sería irrelevante, non habería escena, non habería cultura musical española"S: Sería en inglés, como pasa en Portugal, porque eles practicamente só usan o portugués para o hiphop, ou en Grecia ou en Alemaña.M: Os grupos da Movida emerxeron a través do público, e se pasa no Estado Español con éxito, porque compite cun mercado que serían os 40 Principales, aquí tamén debería pasar, pero non hai interese. "Os grupos da Movida emerxeron a través do público, e se pasa no Estado Español con éxito, porque compite cun mercado que serían os 40 Principales, aquí tamén debería pasar, pero non hai interese."R: É máis, hai interese de que non pase.S: Hai tamén un discurso que había na Cataluña dos 80 ou 90 que era que había uns grupos moi coñecidos, que cantaban en catalán pero que eran moi malos ou moi rancios. Entón había o discurso por parte dos medios alternativos españois de que era música subvencionada, ese discurso estrapolouse a Galicia tal cal, dicindo non, non, é que os grupos que cantan en galego é porque están subvencionados. Como? Cando? Cando se subvencionaron grupos en galego?Galicia es una mierda, anos despois, seguides tendo esa visión?M: O de Galicia es una mierda saíra porque nesa época empezaban os precedentes de Galicia Bilingüe e sacaran un blog que era Tan gallego como el gallego ou algo así e había esa reacción desde este sector súper españolista e entre iso e que, nese momento, sentíamos certa decepción cara o que era o goberno da Xunta pois compuxemos Galicia es una mierda, pero era un pouco para chamar a atención, para que se nos vise como un grupo agresivo, porque no disco anterior parecíamos un grupo de pop moi amable. "Compuxemos Galicia es una mierda para que se nos vise como un grupo agresivo, porque no disco anterior parecíamos un grupo de pop moi amable"S: Visto agora si, era un discurso moi do tempo, pero vaia, que eu non me arrepinto, alégrame telo feito e tamén de non seguir facéndoo, tampouco a tocamos xa en directo.R: Fartámonos moito de tocala porque moita xente identificábanos por ela e claro, tiñamos que tocala sempre, sempre, sempre, e desde hai non tanto tempo xa nos liberamos desa obriga.
NOS_22803
"O bom critério e único é o critério da ciência", afirmou o primeiro-ministro António Costa.
António Costa,primeiro-ministro portugués, defende que o seu país deve manter o atual regime horario: ter uma hora de verão e uma hora de inverno. "O bom critério e único é o critério da ciência", referiu. Questionado, em entrevista televisiva, qual a posição do governo luso sobre a discussão no âmbito da União Europeia sobre este tema, Costa salientou o que, até agora, foi expresso pela "entidade competente", o Observatório Astronómico de Lisboa (OAL). O primeiro-ministro salientou não ser "nem contra, nem a favor" do fim da mudança da hora, mas considerou que "há matérias sobre as quais não vale a pena ter doutrinas políticas". "O que foi expresso até ao momento é o entendimento de que em Portugal devemos manter este regime bi-horário, com hora de verão e hora de inverno. Não vejo razão para que se contrarie a ciência e se faça algo de forma discricionária", afirmou. Costa referia-se ao relatório de 44 páginas, entregue em Agosto, pelo OAL. Concluiu-se que se deve manter a situação actual. "Termos um horário de Inverno e de Verão é benéfico para a maioria das pessoas", afirma. Porquê? Aproveitam-se mais as horas de sol (até em actividades de lazer e culturais ao ar livre), por exemplo. Já as perturbações de sono com a actual mudança da hora não serão significativas, afirmam.
NOS_27040
O vindeiro dous de novembro sae á rúa un novo coleccionábel en Nós Diario. Trátase dunha achega á guerrilla galega e á súa loita contra o franquismo durante preto de dúas décadas. Os traballos son da autoría de 30 investigadores e o primeiro número está asinado por Francisco Martínez "Quico", o único militante vivo das guerrillas galegas.
O vindeiro dous de novembro sae a rúa unha nova achega de Nós Diario sobre a memoria democrática galega. A publicación, que se vai distribuír co xornal da segunda a quinta feira ao longo dos meses de novembro e decembro, recolle 36 traballos sobre a loita guerrilleira na Galiza durante os anos do primeiro franquismo. O seu obxectivo é botar luz respecto dun período da historia do país sempre incómodo ao poder e favorecer un debate público sobre unha materia que a oficialidade continúa mantendo nas marxes A nova entrega conta coa participación de arredor de 30 investigadores de diversas xeracións e procedencias. Algúns deles fan parte das primeiras fornadas que comezan a estudar a guerrilla nas diversas comarcas da Galiza a comezos dos anos 80, outros destacan pola súa mocidade, uns proceden do ámbito académico e outros do ámbito social. A publicación está coordinada por Dionisio Pereira, Eliseo Fernández, Xosé Ramón Ermida e Xoán Carlos Garrido. Os autores Os traballos deste caderno son da autoría de Francisco Martínez, de Bernardo Maiz, de Xoán Carlos Abad Gallego, de Paula Godinho, de Carlos Nuevo, de Lupe Martínez, Xosé Álvarez, de Odette Martínez-Maler, de Afonso Eiré, de Alejandro Rodríguez, de Adrián Marzoa, de Manuel Pazos, de Blanca e Julián Campos, de Félix García Yáñez, de Fernando Vidal, de Ramón García Piñeiro, de Manuel Igrexas, de Xabier Moure, de Carlos Parrado, de Francisco Macías, de Victor García, de Manuel Conde, de Ana Cabana, de David Simón, de Javier Quintas, de Carlos Tejeriza, de Xoán Carlos Garrido, de Xosé Ramón Ermida, de Eliseo Fernández e de Dionisio Pereira. A publicación achega información sobre actividade guerrilleira en 13 comarcas e localidades galegas. A Raia Seca, A Mariña, Ordes, Costa da Morte, O Deza, Vigo, Pontevedra, A Ulloa, Os Ancares, Valdeorras ou Ribeira Sacra son algunhas das zonas obxecto de estudo. Ao tempo, repárase na traxectoria dalgúns dos protagonistas máis significados da resistencia armada como Luis Trigo "O Gardarríos", José Castro Veiga "O Piloto", Abelardo Macías "O Lebre", Victor García "O Brasileiro", Juan Sorga, José Gómez Gayoso ou Antonio Seoane. O coleccionábel conten todo un bloque de investigacións de carácter máis transversal. Así, Odette Martínez-Maler achégase á participación da muller na resistencia armada á ditadura, Ana Cabana estuda toda a estrutura de enlaces e o seu papel decisivo na conformación do aparato clandestina, David Simón debuxa o papel dos sanitarios nas redes de apoio e Carlos Tejeriza analiza as novas experiencias de arqueoloxía e guerrilla. Asemade, a publicación repara nas ideoloxías presentes entre a militancia da guerrilla, analizando Bernardo Maiz a contribución dos comunistas, Eliseo Fernández a dos libertarios, Javier Quintas a dos socialistas e Xosé Ramón Ermida a dos nacionalistas. A opinión de 'Quico' A primeira entrega da publicación é da autoría de Francisco Martínez "Quico". "Quico", único militante vivo da Federación de Guerrillas de Galiza e León e do Exército Guerrilleiro da Galiza, destaca o "carácter plural da guerrilla galega". Neste sentido, en 2016 ten sinalado nunha entrevista a Sermos Galiza que "a diferenza doutros lugares do Estado aquí houbo unha dinámica anti-franquista que non estaba sometida a consignas de ningún partido. Aquí, xa na orixe da guerrilla, esta era plural, había xente de moi diferentes partidos. E esa cultura foi a que predominou polo menos nunha parte do que despois foi o Exército Guerrilleiro de Galiza. E esa cultura non estaba noutras partes". Un dos coordinadores da publicación, o historiador Dionisio Pereira afirma a Nós Diario que "móvenos un impulso xusticeiro, co que tentamos solucionar o problema que se xera coa guerrilla, actualmente esquecida non só nos círculos académicos senón tamén polo movemento da memoria". Segundo Pereira, "unha mostra deste esquecemento atopámolo na Lei da memoria de 2007 e no proxecto de lei actualmente en tramitación, onde a guerrilla practicamente non existe". Na mesma liña, defende "situar na súa xusta importancia a resistencia armada ao franquismo". "O que nos interesa é dar unha visión poliédrica da guerrilla e non a dun mero grupo militar dirixido por un partido, neste caso o Partido Comunista", mantén Pereira, quen considera que "esa diversidade comeza a estar explicitada nesta publicación, unha liña que entendo débese seguir explorando en traballos futuros". Pereira, recoñecido historiador no ámbito da memoria democrática galega achega a este coleccionábel unha entrega sobre a guerrilla da Raia Seca e un artigo, en parcería con Eliseo Fernández, sobre a guerrilla primitiva. "A Galiza combatente""A actividade guerrilleira contra o franquismo durante anos amosa a existencia dunha Galiza combatente cuxa memoria debemos recuperar", afirma Dionisio Pereira, quen pon en valor o patrimonio político das diversas formas de oposición á ditadura, nomeadamente a guerrilla. Precisamente, o silencio arredor desta é un síntoma sobre o seu carácter molesto para a oficialidade
PRAZA_21088
Dende setembro solicitan que o neno, estudante de 2º de ESO, siga o curso dende a casa. Porén, a Consellaría de Educación non acepta os informes nos que a súa pediatra refire diversas patoloxías que o converterían a el e á súa irmá pequena en persoas de risco ante a enfermidade, traladando o caso á Fiscalía para que investigue un posible delito de absentismo escolar
Un rapaz de 13 anos de idade, residente en Arteixo, leva sen acudir á súa clase de 2º de ESO dende o inicio do curso. A razón son as patoloxías que sofre (enfermidade de Crohn, episodios de broncoespasmos continuos, migraña retroocular...) e que o converten en persoa de risco ante a COVID-19, como así o acreditan varios informes asinados pola súa pediatra, que concluíu que "é paciente de risco para acudir a clase presencial na situación de pandemia que se vive actualmente".Dende o mes de setembro, a súa familia ven solicitando que a Consellería de Educación autorice que reciba atención educativa domiciliariaDende o mes de setembro, a súa nai e o seu pai veñen solicitando que a Consellería de Educación autorice que reciba atención educativa domiciliaria, o que lle permitiría seguir o curso dende a súa casa. Ademais da saúde no neno, á súa familia preocúpalle a posibilidade dun contaxio á menor dos seus tres fillos, unha nena dun ano de idade tamén moi vulnerable, que sofre anemia ferropénica severa, hipertensión bronco-pulmonar ou un sopro funcional cardíaco, segundo recolle tamén a pediatra no seu informe. Así mesmo, o pai, diabético de tipo 2, é tamén persoa de risco.Porén, as súas solicitudes veñen sendo denegadas, o que en primeiro lugar está impedindo que o neno siga o curso. E, ademais, agora a Consellaría de Educación vén de trasladar o caso á Fiscalía para que investigue á familia por un posible delito de absentismo escolar."Posto que a familia non logrou acreditar a situación de vulnerabilidade do neno e do seu entorno, decidiuse darlle traslado do caso á Fiscalía, como establece o protocolo", di EducaciónDende Educación explícase que "á vista da documentación achegada, non cumpre cos requisitos para outorgarlle a atención domiciliaria". A Consellaría destaca que o caso foi estudado en varias ocasións no propio centro escolar (o IES Manuel Murguía de Arteixo) e foi analizado tamén na Comisión provincial de seguimento de casos de absentismo con orixe na Covid, que realizou unha segunda avaliación.Neste proceso "avaliouse outra vez toda a documentación presentada (algunha sen nin siquera selo identificativo nin sinatura de ningún tipo) e se lle volveu insistir á familia que achegara un informe do pediatra do neno no que se certificaran as cuestión médicas ás que aludían e se especificara a necesidade de atención domiciliaria". "Posto que a familia non logrou acreditar a situación de vulnerabilidade do neno e do seu entorno, decidiuse darlle traslado do caso á Fiscalía, como establece o protocolo", engade Educación.A nai do neno afirma non entender a negativa da Consellaría a autorizar a atención domiciliaria, tendo en conta os sucesivos informes da pediatra, que inclúen a súa sinatura e número de colexiación (aínda que carecen de selo identificativo). A familia reitera que continuará sen enviar o seu fillo a clase, pois a súa saúde e a da súa irmá pequena "están por riba de todo"."O meu fillo nunca foi absentista e tampouco o é a nosa familia", destaca a nai, que engade que "a nosa outra filla si está a ir a clase, aínda que nin sequera chega á idade obrigatoria (ten tres anos), xa que non ten patoloxías"Ademais, rexeita as acusacións de absentismo. "Que máis me gustaría a min que o meu fillo fose a clase?", di a nai, que destaca que se trata "dun neno que estuda moito, que a pesar das súas patoloxías e de atoparse mal algúns días sempre quere ir a clase". "É máis, algunha vez foi a clase atopándose mal e desde o propio colexio mandárono para casa porque estaba a sangrar", engade. "O meu fillo nunca foi absentista e tampouco o é a nosa familia", destaca. De feito, engade a nai, "a nosa outra filla si está a ir a clase, aínda que nin sequera chega á idade obrigatoria (ten tres anos), xa que non ten patoloxías, e o que facemos con ela é extremar as precaucións", di, "O neno está a tentar seguir o curso, aínda que nos está a resultar moi difícil porque non todos os profesores están a colgar a aula virtual os contidos que van desenvolvendo na clase"A nai é moi crítica coa actitude mantida ata o momento pola Consellaría de Educación, á que esixe que se comunique coa familia directamente ("as únicas informacións que tiven sobre o caso chegáronse a través do propio centro", di). E, igualmente, amósase molesta coa falta de colaboración do instituto e dos seus mestres. "O neno está a tentar seguir o curso, aínda que nos está a resultar moi difícil porque non todos os profesores están a colgar a aula virtual os contidos que van desenvolvendo na clase. El está facendo traballos e deberes, que envía aos profesores, e nunca recibiu unha resposta", di. "Preguntei se polo menos podía acudir aos exames e dixéronme que non", engade.O IES Manuel Murguía de Arteixo é nestes momentos un dos centros de ensino de Galicia que rexistra un maior número de casos positivos de Covid-19 entre o seu alumnado, un total de 28 casos segundo a última notificación da Consellaría de Sanidade, o pasado sábado. Non ten, neste momento, ningunha aula pechada.O IES Manuel Murguía de Arteixo é nestes momentos un dos centros de ensino de Galicia que rexistra un maior número de casos positivos de Covid-19 entre o seu alumnadoDende a Consellaría lémbrase que a escolarización é unha obriga para os nenos de entre 6 e 16 anos "agás nos casos xustificados desde unha perspectiva sanitaria", unha cuestión "avalada nun recente informe da Avogacía del Estado, no que especificaba que a situación de pandemia non ampara a decisión dos pais de non levar aos seus fillos ao colexio". "No contexto específico da Covid, a decisión de que un menor non asista ao centro educativo pola súa vulnerabilidade debe seguir criterios médicos", engade, reiterando que non se considerou válido o informe asinado pola pediatra do menor.
NOS_31900
Fin de semana dispar para os equipos de fútbol galegos. Se na categoría de prata o resucitado Clube Deportivo Lugo de Mehdi Nafti obtivo ante o Logroñés a súa terceira vitoria consecutiva, na Segunda B os representantes do país perden corda cos de Castela na clasificación logo da disputa da segunda xornada de liga.
O deporte do fútbol deu lugar, co paso do tempo, a multitude de frases recorrentes, denominadas popularmente como "topicazos", ás que recorren os futbolistas nas roldas de prensa independentemente da categoría ou do país no que se atopen. Dúas das máis empregadas son "nunca hai que dar por morto ningún equipo" e "a novo adestrador, vitoria segura", clixés repetidos até a náusea pero que o renacido Clube Deportivo Lugo de Mehdi Nafti demostrou que agochan un fondo de verdade. Porque hai apenas dúas semanas a directiva albivermella contrataba o francotunecino logo de destituír Juanfran, o heroe do ascenso, cando o equipo ocupaba a antepenúltima posición na táboa e, contra todo prognóstico, o conxunto lucense encadeou tres vitorias consecutivas. A última foi ante o Logroñés en Las Gaunas, onde remontou un tanto contrario obra de Andy logo dun lanzamento errado de penalti por parte da escuadra rioxana xa no minuto 34. Non obstante, este novo Lugo de Nafti nunca se rende, e loitou até darlle a volta ao resultado e acabar gañando por 2-3. Con este triunfo o Clube Deportivo Lugo sitúase como décimo primeiro na clasificación, unha posición máis que enganosa, pois realmente está a tan só un punto do sexto posto, que dá acceso a disputar o play-off de ascenso. Os derbis lastran Galiza Por outra banda, os seis representantes galegos na categoría de bronce asinaron unha xornada marcada pola irregularidade, cedendo os postos nobres da clasificación a Unionistas e Zamora, teoricamente un dos equipos máis frouxos da categoría, pero o único quen de sumar dúas vitorias nos dous primeiros encontros. A SD Compostela e o Deportivo asinaron un empate sen goles nun partido especialmente frouxo dos coruñeses, que non puideron contar coa presenza do seu adestrador, Fernando Vázquez, polo pasamento do seu irmán. Celta B e Rácing de Ferrol protagonizaron en Barreiro o segundo derbi da xornada, no que se impuxeron os visitantes por 0-1 cun tiro libre do veterano ex celeste Álex López. Ao mesmo tempo, o Coruxo apañaba a súa segunda derrota consecutiva co Salamanca (2-0) e o Pontevedra non puido pasar do empate (1-1) co Unionistas no regreso do público a Pasarón. .
PRAZA_118
É inusual que galegos apareçam no JL, e não é culpa do quinzenário. Embora exista uma alargada tradição de galeguistas que reivindicam a nossa genética lusófona, a cara que mostramos em muitas ocasiões é a máscara da espanholidade
Há anos que sou assinante do JL e nunca como esta semana passada pude comprovar a presença de galegos no quinzenário, com uma longa entrevista a Ângelo Cristóvão e um artigo de página inteira do Carlos Quiroga. Para além de esporádicas referências à participação do mesmo Quiroga na Correntes d' Escrita(s) da Póvoa do Varzim e outras do Elias J. Torres Feijó em representação da Associação Internacional de Lusitanistas, raro é achar nomes de galegos ou dados sobre as nossas atividades. Mas no número 1155 algo mudou, se calhar. Foi efetivamente a Lei Paz-Andrade que pus as antenas lusas em alerta, e assim lemos o Cristóvão afirmar que a nova lei visa: «promover a língua portuguesa no sistema de ensino galego; estimular a produção e o intercâmbio de conteúdos em português nos meios de comunicação da Galiza; e integrar essa comunidade autónoma no espaço lusófono, nomeadamente na Comunidade dos Países de Língua Portuguesa. Eis as três principais "linhas de trabalho" da lei para o Aproveitamento da Língua Portuguesa e Vínculos com a Lusofonia, também chamada lei Paz-Andrade, aprovada, por unanimidade, no Parlamento galego, em abril passado. Um consenso "histórico" que assinala um ponto de viragem na política linguística do governo galego...». Entendo que o Cristóvão esteja a celebrar o fato, e entendo que deva falar em positivo porque é sem dúvida um passo no caminho certo da dignidade da nossa língua e até da nossa cultura sabermos integrá-las entre os frutos a que deu lugar e que hoje enfeitam o mundo. Mas uma atitude positiva deste governo a respeito da língua da Galiza é talvez a coisa mais incerta que se possa imaginar; nem souberam cumprir a Lei de Normalización Lingüística do galego, que eles aprovaram sem reparos, nem calculo que vaiam impulsar esta outra sobre o português, uma vez que eles trabalham, como fizeram sempre os seus referentes ideológicos, para o submetimento das culturas periféricas e em favor duma católica nação espanhola unida sob o jugo da língua de Castela, e claro, o português é para eles uma língua estrangeira muito menos relevante que o inglês, o francês, o alemão, o chinês... Ao interesse pelo português chegavam se fossem simplesmente algo galegos, se procurassem dentro de si um resto dessa galeguidade que no dia a dia detestam, menosprezam ou eludem, e se não pensassem, como os abutres de Madrid, em depredar uma periferia que na realidade deviam entender como centro da sua vida e do compromisso com o povo. Mas o Cristóvão hoje celebra e faz bem, eu também celebro que alguns duros esforços deram fruto, e que por uma vez o sentido comum foi espalhado na terra. Ajudaremos, tudo quanto pudermos, a regar a semente. É inusual que galegos apareçam no JL, e não é culpa do quinzenário. Embora exista uma alargada tradição de galeguistas que reivindicam a nossa genética lusófona, a cara que mostramos em muitas ocasiões é a máscara da espanholidade. São mesmo as nossas instituições, herdeiras duma transição ditato-democrática que têm um vínculo com Espanha que se traduz por regra em autêntica vassalagem. Por isto não surpreende a referência explícita à coroa espanhola no nome dalguma das principais instituições culturais, nem que a nossa língua se escreva com os grafemas do castelhano, nem que nossa História se veja sempre dependente da de Espanha, etc... Assim as coisas, somos de tal modo, em muitas ações, uma colônia espanhola que não é de estranhar, imersos como estamos no mercado literário espanhol, que um periódico português não nos considere alvo habitual. Existe, ademais de no plano institucional, uma área relevante da intelectualidade galega que vive feliz longe da lusofonia, saboreando aqueles enxebrismos que possam ainda achar na floresta da nossa sociedade, como se fossem estranhos e prezados cogumelos desconhecidos para o mundo que se diluem nas suas bocas como uma essência só revelada aos espíritos puros, ou os tocados pela graça do verdadeiro patriotismo. Estes também não farão nada pela nova lei. Ainda, há intelectuais pouco intelectivos mais muito produtivos, que trabalham sem pausa por acrescentar a sua obra e por multiplicar o seu nome pelo espaço cênico da cultura adiante. Semelha que pretendem alimentar a sua vaidade mediante ações públicas constantes no mundo literário, no político ou no dos direitos sociais. Estes, tenho para mim, são os mais pragmáticos, e depois de ter-se acomodado na galeguidade mais ortodoxa não vão arriscar suas cadeiras por uma lei que dispara para o céu, ou para além-Minho, que para o caso é o mesmo. Por tudo isto, a nova Lei nasce para bem mas num tempo rijo, sem recursos e que tem por costume esquecer-se de alimentar os direitos que traz ao mundo. Mas é evidente que com o seu nascimento se revela uma verdade ocultada premeditadamente durante demasiado tempo, e que faz referência a um tesouro que todos os galegos e galegas devíamos acarinhar, amamentar e cuidar para assim todos nos sentirmos da mesma família, numa irmandade que talvez unicamente a língua é capaz de catalisar.
NOS_39730
As infraestruturas continúan sen ter nen unha finalidade nen un aproveitamento para o conxunto da poboación
O cárcere de Ourense foi o aloxamento de moitas persoas presas de toda a provincia até hai aproximadamente trinta anos. Após este período fechado e con moitos debates municipais levados a cabo, o lugar continúa a deteriorarse co paso do tempo, nomeadamente a causa dos temporais. O edificio foi construído a mediados do século XIX co obxectivo de albergar e recluír as e os presos que cometeran calquera delito. Atópase no centro da cidade, como edificio perto das infraestruturas das Burgas e que posúe unha arquitectura, polo menos dende o exterior, moi chamativa, tanto para os propios cidadáns de Ourense coma para os turistas que ano tras ano visitan a cidade termal. Aínda a día de hoxe consérvase no arquivo histórico da cidade toda a documentación da antiga prisión na época do franquismo e podemos destacar que sexa algo inédito porque a meirande parte da documentación sobre os e as presas desa época foron destruídas. En Ourense hai moita documentación e por iso podemos asegurar que se pode reconstruír á perfección o funcionamento administrativo e documental da institución penintenciaria durante unha das épocas da historia do Estado Español da que menos documentación e menos memoria se ten. E a verdade é que resulta algo singular imaxinar como se desenvolvía a vida no interior do cárcere. As pequenas salas e os corredores estreitos caracterizaba a maior parte da arquitectura das instalacións. Asemade, tamén consta dun patio central, a día de hoxe cheo de herba e maleza por onde non hai moito circulaban moitas persoas todos os días, sendo este o único espazo no que tiñan acceso á luz do día. Continúan as instalacións coas salas de vis a vis, escuras e precarias, como case toda a infraestrutura. Así e todo, e despois de fracasados os distintos intentos emprendidos desde o goberno local por reparar o edificio, o certo é que o complexo a día de hoxe continúa fechado para todo aquel que se interese por descubrir algo máis do pasado da súa cidade, ou mesmo da cidade que está a visitar. Continúa sen ter un uso termal e moito menos cultural. Continúa todo igual dende que en 1987 deixase de ter o uso de vella prisión provincial.
NOS_55120
Deixarán de se imprimir en 2018, mais os existentes manterán o seu valor indefinidamente e irán retirándose paulatinamente da circulación.
O Banco central europeo (BCE) decidiu esta cuarta feira poñer fin definitivamente aos billetes de 500 euros. Entre os argumentos que se deron estes días para avalar esta decisión citábase que os empresarios non os consideraban útiles para as transaccións, que a inmensa maioría da cidadanía nunca vira un (un 56% segundo un inquérito do propio BCE), e que os novos pagamentos electrónicos dos consumidores recomendan ir deixando de lado estes billetes tan grandes. Mais, coa boca pequena, tamén se recoñecía desde hai tempo outro motivo, quizás o principal: o uso deste billete de 500 euros en actividades ilícitas. O 30% do valor dos euros en circulación é de billetes de 500 euros, un formato que a inmensa maioría da poboación europea non veu nunca. Organismos anti-fraude e corpos especializados levan alertando todos estes anos do acaído deste billete para actividades ilícitas e fraudulentas. Púxose en circulación hai 14 anos e só había 2 de máis valor no mundo: o de 1.000 francos suízos (algo máis de 900 euros), e o de 10.000 dólares de Singapur (máis de 60.000 euros). Desde o seu nacemento, este billete de 500 euros apareceu como divisa favorita en non poucas operacións policiais contra o narco-tráfico ou crime organizado. Informes policiais aseguraban que boa parte destes billetes estaban en mans de organizacións criminais. No Estado español, e segundo cálculos do sindicato de técnicos de Facenda, Gestha, o 80% do valor dos billetes en circulación corresponde aos de 500 e 200 euros. A decisión implica que a partir de 2018 deixarán de se imprimir estes billetes, mais os existentes manterán o seu valor e irán retirándose aos poucos da circulación.
NOS_6791
A empresa -cun capital social de só 3.000 euros- que ía organizar o Abanca Riazor Live, un evento musical de seis días que volvería a levar a música ao estadio coruñés e que se cancelou dez días despois de ser anunciado, constituíuse unha semana antes de que fose anunciado pola alcaldesa da cidade como un evento musical "de primeiro nivel".
"Os concertos volven a Riazor". Os titulares anunciaban deste xeito o ciclo de concertos Abanca Riazor Live que, 28 anos despois do concerto dos dous mil anos, levaría de novo ao estadio coruñés a música en directo. A alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, comparecía ante os medios o 25 de xuño para anunciar un evento que se prolongaría durante seis días con Nicky Jam, Carlos Rivera, Duki/ Funzy & Baby Loud, Iván Ferreiro/ Viva Suecia, Hombres G e Kase.O como cabezas de cartel. A rexedora estivo acompañada naquela intervención por José Patiño Riveiro, da empresa promotora, e por Gerardo Fuertes, director territorial de Abanca na Coruña. Exactamente dez días despois, o 5 xuño, a organización do Abanca Riazor Live facía pública a súa decisión de aprazar o evento "até datas vindeiras". "Exercendo unha acción de responsabilidade coa situación sanitaria", rezaba a nota,"a organización de Abanca Riazor Live comunicoulles ao Concello e aos patrocinadores a súa decisión de retomar o proxecto unha vez a situación se estabilice e se poidan realizar eventos destas características en condicións de seguridade para todos os participantes". Que a situación sanitaria cambiase radicalmente no transcurso deses dez días é francamente discutíbel xa que outros eventos de similares características manteñen o seu programa. O que xa non admite tanta discusión é que algo estaba pasando: a venda de entradas en liña anunciárase para o día 29, mais chegou a hora sinalada e a web oficial do evento permanecía fóra de servizo. Ante a inquietude mostrada polo público nas redes sociais, a empresa informou de que, finalmente, a venda de entradas atrasaríase até a semana seguinte, entre o 6 e o 8. O anuncio da cancelación do festival chegou antes. Unha promotora con 3.000 euros de capital social O día do anuncio do evento, a alcaldesa agradeceu a valentía da promotora dos concertos, que conformara "un gran cartel nestas circunstancias tan complexas", e a implicación e apoio de Abanca e do Deportivo na aposta de converter Riazor "nun referente na celebración de eventos musicais de primeiro nivel". A promotora en cuestión é Produccións [sic] Sostibles Sociedad Limitada., unha empresa que, segundo consta no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil comezou a operar o 17 de xuño de 2021, é dicir, oito días antes de que se anunciase o Abanca Riazor Live. Segundo este rexistro, conta cun capital social de só 3.000 euros mais ten como obxecto a "organización e produción de eventos musicais, deportivos e culturais", o "servizo de aluguer, montaxe e asistencia técnica de equipos de son, iluminación profesional e vídeo para todo tipo de eventos" así como a "prestación de servizos de hostalería, restauración, cafetería, bares...". Na empresa consta como Administrador Único José Patiño Riveiro, que tamén estivo presente no anuncio aos medios da alcaldesa da Coruña e que prometeu nela que a iniciativa tería "continuidade no tempo". A experiencia coñecida como promotor de Patiño Riveiro limítase á organización do Wake Up Electronic Parties, un evento de música electrónica que ten lugar na sala Pelícano da Coruña, un local que forma parte dun grupo empresarial propiedade de Juan Carlos Rodríguez Cebrián, ex director xeral de Inditex, sobriño político de Amancio Ortega e moi vinculado até principios deste ano ao Deportivo da Coruña, onde segundo a prensa financeira, xogou un papel clave no acordo de capitalización da débeda con Abanca. Nós Diario púxose en contacto coa Alcaldía da Coruña para preguntar se tiña constancia destes feitos e a resposta foi que o Concello "non pode entrar nese tema porque non é o promotor do evento nin a empresa organizadora" e que, daquela, "non é da súa competencia valorar a situación" da promotora. Porén, o convenio vixente entre o Concello e o Club Deportivo da Coruña especifica que ambas institucións teñen que consensuar os termos da organización de calquera actividade extradeportiva no estadio Riazor. "Caos e crise" no departamento de Cultura do Concello, segundo a oposición Na actualidade, é a propia alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a que desenvolve as funcións de Concelleira de Cultura, aínda que lle cedeu boa parte das atribucións do IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) a Gonzalo Castro Prado, quen pasa por ser a súa man dereita. A área de Cultura sufriu sucesivas remodelacións nos últimos meses, que levaron á oposición a falar de "caos e crise" A Concelleira de Deportes, por quen supostamente tería que pasar calquera acordo de uso do estadio de Riazor, é agora Mónica Martínez, antiga candidata á alcaldía por Ciudadanos que contou co apoio de Rodríguez Cebrián e que se incorporou ao actual equipo de goberno en setembro de 2020, tres meses despois de abandonar o partido laranxa.
NOS_1651
Tras a polémica por se amosar partidario dunha suspensión da Lei de Dependencia, o Valedor afirma agora nesa entrevista a "Entre mayores" que hai que dar máis e mellores atencións e prestacións ás persoas dependentes
Aínda co eco da polémica xerada a semana pasada por Benigno López ao defender os recortes da Xunta e goberno central e avogar pola suspensión da Lei da Dedependencia, a institución que preside, Valedor do Pobo, vén de facer pública unha entrevista na revista "Entre mayores" en que o propio López afirma agora que:"A atención ás persoas dependentes debería ser tratada de maneira moito máis dinámica, incluíndo avaliacións para a concesión de prestacións case inmediata". Unhas manifestacións que contrastan coas feitas hai uns días e que provocaron a dimisión da vicevaledora segunda e a reprobación dun amplo abano de colectivos e entidades sociais e cidadáns, así como da oposición parlamentaria. O feito de que o propio Valedor difunda agora a través das redes sociais unha entrevista en que avoga por mellores prestacións para as persoas dependentes non deixa de xerar certa sorpresa. López mesmo sinala nesa entrevista en "Entre mayores" que o alto grao de envellecemento da poboación galega conleva a obriga de que se fagan os esforzos necesarios para a atender "como precisa".
NOS_51223
O único cargo público xulgado pola catástrofe asegura que as autoridades fixeron "un bo traballo". Asume a decisión do afastamento e recoñece que até o día do afundimento non houbo unha reunión para determinar o estado do barco.
As respostas do ex-director xeral da mariña mercante, José Luis López Sors, seguiron o guión da autoinculpación. Tivo moito interese en todo o interrogatorio en explicar que era o máximo responsábel da xestión da crise e que as súas decisións non precisaban a aprobación de ninguén. O ferrolán comezou abrindo polémica ao solicitar tradución ao castelán "por non entender o galego", a lingua empregada polo avogado de Nunca Máis, Pedro Trepat. Segundo Sors non había outra alternativa que levar o petroleiro mar adentro para que afundise. Curiosa resultou a súa afirmación de que no caso de levar o Prestige a un porto de abrigo "estaría co señor Mangouras no cárcere". O ex-director xeral da Mariña Mercante podería ir a prisión cinco anos por un delito contra o medioambiente. O ex-director xeral da mariña mercante podería ir a prisión cinco anos por un delito contra o medioambiente Os momentos anteriores e posteriores a tomar a decisión de afastar o Prestige centraron as preguntas do avogado de Nunca Máis. Sors admitiu que desde o petroleiro avisaron de que había "un serio perigo de afundimento" polo que asegurou que a súa decisión fora "para aliviar o desastre". Negou en todo momento o contacto con Francisco Álvarez Cascos, daquela Ministro de Fomento, para admitir que transmitía os pasos que daba "ao subsecretario". Nas súas respostas López Sors tentou explicar que a razón de afastar o buque, sabendo que estaba a piques de afundirse, era para traspasar as 30 millas da costa, "o dispositivo de separación do tráfico". Despois, explicou, agardarían que a empresa de salvamento Smit Salvage se fixese cargo. Aínda así rexeitou calquera responsabilidade co rumbo que seguiu o petroleiro eses días.
NOS_55828
A medida, que estará vixente os próximos doce meses, suporá aforros medios de 15% na factura da luz.
Hoxe entra en vigor o acordo para topar o custo do gas no mercado ibérico da electricidade, autorizado por Bruxelas a semana pasada. Esta medida, que busca abaratar a factura da luz de familias e empresas, permitirá baixar xa desde hoxe o custo do gas a 40 euros megawatt/hora (MWh), cando a finais da semana pasada cotizaba por riba dos 80 euros/MWh, o dobre. A limitación estenderase durante 12 meses, nos que o prezo máximo irá variando para quedar á fin do período nunha media de 48 euros/MWh. Os 40 euros/MWh manteranse os seis primeiros meses, mentres que os outros seis verase incrementado en 5 euros cada mes até rematar nos 70 euros/MWh en xuño de 2023. Segundo os cálculos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, isto suporá un aforro ás persoas consumidoras acollidas á tarifa regulada ─a mesma que criticaba hai unhas semanas o presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán─ de 15%, aínda que nestes primeiros meses quedará na contorna de 12,5%, lonxe tamén do 30% da proposta inicial remitida a Bruxelas, que se ben recortou os descontos, aumentou a medida no tempo. O mercado regulado para "parvos" non interesa ás grandes eléctricas As que non notarán cambio algún serán as persoas no mercado libre, pois moitas xa teñen acordado coa súa comercializadora o prezo que pagan por cada megawatt consumido. Si que poderá haber variacións no caso de que decidan renovar ou actualizar o seus contratos. Beneficios tamén para as electrointensivas Tamén sairán beneficiadas do real decreto, validado no Congreso a pasada quinta feira, os clientes industriais, cuxos custos enerxéticos están totalmente expostos ao prezo que marca o mercado, agás nos casos que teñan asinados contratos de compra de enerxía particulares, como están a facer firmas con Alcoa con empresas do sector, como Greenalia ou Endesa. Neste caso, segundo os cálculos do Ministerio que dirixe Teresa Ribera, a rebaixa estará entre 18% e 20% da factura enerxética, que é o principal custo de moitas industrias, especialmente das electrointensivas, un segmento que na Galiza engloba firmas como Alcoa, Megasa, Ferroatlántica, Xeal ou Celsa Atlantic, entre outras. Porén, tanto as industrias como as persoas particulares terán que agardar até mediados de xullo, cando as eléctricas emitan as súas facturas, para comezar a percibir os efectos desta medida, que se suma á prorroga do paquete anticrise, no que se inclúe a rebaixa do IVE eléctrico de 21% a 10%; a redución a 0,5% do Imposto de Electricidade, e a suspensión de parte dos cargos fixos que integran a factura. Aberto o debate europeo Os Estados español e portugués serán pioneiros en adoptar unha medida que pretende conter a inflación e que no conxunto da Unión Europea pensan xa en replicar. "É a primeira vez que a Comisión Europea introduce esta reflexión en público e pon de manifesto que a regulación actual do mercado está desfasada e que necesita unha reforma moi importante", sinalou Ribera, que recoñeceu que buscar un acordo entre os 27, "seguro que leva tempo", pero é "capital" abrir ese debate.
NOS_58119
A falsa auditoría de KPMG das caixas galegas ispe a xestión de Alberto Núñez Feixóo no proceso que deu a pistolada de saída ao esmiuzamento do sistema financeiro galego. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 297 de Sermos Galiza.
O goberno de Feixóo defendeu a fusión das caixas galegas en base a unha auditoría de KPMG que nin era tal auditoría nin recomendaba a fusión. A posta de ramo perfecta ao desaguisado que supuxo o esfarelemanto do sistema financeiro galego que nesta década fixo que Galiza ficase realmente sen entidades de seu. Unha realidade con efectos e consecuencias concretas no tecido socioeconómico do país. Frances Gibert, un dos responsábeis daquel informe de KPMG encargado pola Xunta sobre as caixas galegas e polo que pagou un millón de euros, recoñece que era un informe "de trazo gordo", que "en ningún caso" fora unha auditoría das entidades e que nunca recomendara a fusión. Todo o contrario do que o goberno de Núñez Feixóo dicía en 2010, cando presentara ese traballo como o aval definitivo que recomendaba fusionar Caixanova e Caixagalicia. As declaracións de Gilbert no Congreso colleron, en certa medida, a Xunta nas patacas e ispen a xestión de Feixóo, padriño político da fusión, no proceso de unión das entidades. Que o goberno de Feixóo situaba o traballo de KPMG como basilar para xustificar a fusión evidénciano as declaracións naquela altura de Feixóo e Marta F. Currás (concelleira de Facenda) e as propias notas de prensa da Xunta. [Podes ler a peza íntegra no número 297 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_4058
A formación nacionalista demanda "non criminalizar o independentismo" e as imputadas piden que desde as institucións onde o BNG ten presenza denuncie o proceso impulsado pola Audiencia Nacional.
Unha delegación das 12 independentistas encausadas na Operación Jaro reuniuse con representantes da Executiva do BNG para informarlles de primeira man da situación do proceso que a Audiencia Nacional ten aberto contra eles e que contempla peticións de máis de 100 anos de cárcere. Desde o Bloque informouse que na xuntanza, mantida en Compostela, " expresamos a solidariedade do BNG coas 12 persoas militantes desta organización e de Ceivar, procesados pola 'Audiencia Nacional'", para alén de incidir en que "a defensa da soberanía non é delito" e a oposición á "criminalización do independentismo". Causa Galiza, pola súa parte, indicou que transmitiron ao BNG a petición de que a través da súa presenza nas diferentes institución denuncie este proceso e o perigo de "hipotéticas ilegalizacións" de Causa Galiza e Ceivar. Tamén comunicaron formalmente ás nacionalistas a data do vindeiro 16 de febreiro para a realización dunha manifestación nacional en Compostela contra este proceso represivo. Condenas A Fiscalía da Audiencia Nacional solicita penas de entre 6 e 12 anos de cárcere para as 12 independentistas, baixo unha acusación ("banda criminosa") que levaría a disolución de Causa Galiza e Ceivar. As procesadas apelan a colectivos e organizacións sociais, políticas e sindicais a "tomar parte" na denuncia do proceso.
NOS_47420
Segundo o testemuño dado no día de onte na Audiencia Nacional polo ex alto mando policial Eugenio Pino, o anterior presidente do Goberno español, Mariano Raxoi, pediu ao seu ministro de Interior, Jorge Fenández Díaz, que intercedese polo comisario José Manuel Villarejo, acusado de suborno, branqueo de capitais e pertenza a organización criminal. O emprego polos mandos do Estado de Villarejo e doutros funcionarios policiais para espionaxe de rivais políticos salpica a Mariano Raxoi.
As múltiples causas contra o comisario xubilado José Manuel Villarejo, actualmente en prisión preventiva, continúan o seu curso na Audiencia Nacional (AN). Onte, terza feira 28 de xaneiro, declarou Eugenio Pino, quen fora Director Adxunto Operativo (DAO) da Policía Nacional entre os anos 2012 e 2016. Pino era considerado o número dous do corpo policial baixo o mandato do ex presidente do Goberno do Estado español, Mariano Raxoi. Durante o seu testemuño onte ante o maxistrado da Audiencia Nacional, o ex DAO afirmou que recibiu unha chamada do ex ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, por encargo de Mariano Raxoi, para pedir que intercedese por Villarejo. Nesa conversa telefónica Díaz pediulle que deixase de "tratar mal" a Villarejo, asegurou Pino. Esta testemuña está imputada no caso 'Villarejo' por diversos indicios que o inclúen nas espionaxes contra o ex tesoreiro do PP, Luis Bárcenas, condenado a 33 anos de prisión e a unha multa de 44 millóns de euros pola trama de corrupción Gürtel. Raxoi pediu por medio do ministro díaz "non tratar mal" a villarejo, declarou pino Con todo, esta non foi a cuestión pola que se lle interrogou onte na Audiencia Nacional, pois Pino compareceu como responsábel da 'brigada política' que actuou durante a primeira parte do Goberno de Raxoi. A policía política Esta denominada 'brigada política' ou 'policía patriótica' saltou á luz en abril do ano 2017, cando o xuíz da Audiencia Nacional José de la Mara comezou a investigación das irregularidades dese entramado. Desta maneira, foise desvelando que a brigada se trataba dun grupo de axentes (funcionariado policial) que, lonxe das funcións ás que debía responder, operou durante a primeira lexislatura do Goberno central de Mariano Raxoi en contra de rivais políticos do Partido Popular. Elaboraban informes, espiaban e fabricaban artimañas para tamén, por exemplo, por medio da Operación Catalunya, tentar desacreditar as e os líderes políticos e sociais independentistas cataláns. Pino desdise e agora di non coñecer os sumidoiros O nome do ex Director Adxunto Operativo, Eugenio Pino, transcendeu na causa debido a unha carta que asinou e enviou ao xuíz da Audiencia Nacional, e na que defendía o comisario Villarejo. Na misiva Pino aseguraba "que tanto no ámbito da corrupción política como no do terrorismo realizou significativos informes de intelixencia que despois de xudicializarse permitiron destacadas operacións policiais". Pino afirmábase na carta coñecedor da dobre condición do comisario xubilado Villarejo de funcionario policial e de empresario con negocios privados. Ante o xuíz, recoñeceu ademais que sabía da posesión de empresas por Villarejo, mais tamén apuntou que non foron utilizadas pola policía para dar cobertura a operacións. Con todo, Pino desdíxose no día de onte na Audiencia Nacional, ao asegurar que ignoraba gran parte dos traballos de Villarejo durante a primeira etapa de Mariano Raxoi, da mesma maneira que afirmou non coñecer as múltiples reunións que Villarejo mantivo no marco da Operación Catalunya para espiar e tentar afundir as e os políticos soberanistas de Catalunya. Pino limitouse neste sentido a sinalar que "Villarejo era unha sorte de axente libre" que ademais de como comisario, "tamén traballaba para o Centro Nacional de Intelixencia (CNI)". Eugenio Pino, "o deus no olimpo policial" O xuíz da Audiencia Nacional non gostou do cambio de postura que onte tomou Eugenio Pino, xa que pasou de afirmar na misiva a dobre condición do ex comisario Villarejo a asegurar ante o maxistrado que descoñecía por completo a maioría dos datos e dos feitos. Nesa liña, Pino sinalou que o Corpo Nacional de Policía nunca aprobou o uso das empresas do comisario retirado Villarejo a pesar de que tiñan coñecemento da súa existencia. O propio Pino chegou a asegurar que el mesmo pedira nalgunha ocasión o cesamento de Villarejo. Foi aí cando, con sorpresa, o maxistrado da Audiencia Nacional saltou afirmando: "pero se vostede era deus no Olimpo da policía", en referencia ao gran poder que o ex DAO tiña. A declaración de Pino chegou após a dos xefes da Policía Agustín Linares e Pedro Díaz Pintado, cuxas firmas aparecen tamén na carta asinada por Pino. Pola súa banda, Linares negou que se tivesen empregado as empresas de Villarejo para labores policiais, mentres que Díaz Pintado mantivo entre múltiples contradicións que descoñecía que Villarejo tivese un negocio empresarial. As cartas asinadas polos tres altos cargos policiais foron apresentadas pola defensa do comisario Villarejo para rebater o cargo de suborno que se lle imputaba á súa detención. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube
PRAZA_8480
A Asemblea de Cooperación pola Paz asegura que o Goberno español negoulle o visado á compañía que debía actuar en Galicia alegando que "non tiñan medios económicos suficientes para a súa estadía" e "risco de que quedasen en España de xeito irregular".
A Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), que leva desde o ano 2005 coa Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, vén de denunciar que a Embaixada española en Tunisia impediu a participación do grupo de teatro tunisiano Fanni Raghman Anni-Mon arte Malgré Moi na edición deste ano. Segundo a agrupación, que colabora na achega das realidades sociais de diferentes países a través das actuacións de diferentes compañías, denuncia que o Goberno central prohibiu a chegada do grupo norteafricano a Galicia argumentando que "os artistas convidados non podían acreditar os medios económicos suficientes para a súa estadía", o que "implicaba un risco de que quedaran no país de xeito irregular", malia que "a organización cubría todos os gastos". A Embaixada negoulle o visado ao grupo tunisiano por "non poder acreditar os medios económicos suficientes para a súa estadía" A ACPP asegura que logo de que se recompilasen todos os documentos solicitados en varias ocasións pola Embaixada para lles conceder o visado aos artistas, o expediente foi pechado. No entanto, e logo de que se demorase a resposta definitiva, a delegación do Goberno español en Tunisia comunicou que non concedía os visados "porque non se cumpría cos requisitos, en particular cos requisitos económicos suficientes para descartar o risco de que os membros do grupo de teatro puideran quedar en España de maneira irregular". "O cónsul de España en Tunisia, Enrique Conde León, opúxose a autorizar a viaxe", denuncia a ACPP, que lembra que repara no feito de que o cargo público dun país no que a taxa de paro supera o 26% e o 55% entre os menores de 25 anos, franxa á que pertencen a maioría dos actores, pense "que hai risco de que se queden en España de maneira irregular", logo de censurar que "o representante dun goberno que fai bandeira das bondades da marca España non tivese a ben facilitar un simple intercambio cultural". A ACPP critica que "o representante dun goberno que fai bandeira das bondades da 'marca España' non facilitase un simple intercambio cultural" ACPP leva colaborando coa Mostra Internacional de Teatro Universitario desde o ano 2005. En todos estes anos promoveu a visita de compañías de: Palestina, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Guinea Bissau. Na edición deste ano, pretendía presentar a realidade de Tunisia (país no que está presente desde 1994) achegando o traballo do grupo Fanni Raghman Anni-Mon arte Malgré Moi e "falando con eles sobre a primavera árabe, preguntar como unha revolución que xerou tantas expectativas e foi exemplo de rebeldía inflúe na creación artística, e sobre todo, cales son as perspectivas de futuro da súa poboación". ACPP sente que todo o traballo que leva feito para traer a Ourense a realidade tunesina, "non poida materializarse", mais o que aconteceu "reafírmaa na necesidade de seguir co seu traballo para rachar prexuízos e loitar por unha sociedade máis xusta e solidaria". ACPP fai, ademais, fincapé na "distancia que hai entre unha diplomacia ancorada noutros tempos e esta ongd, que explícita o seu compromiso por construir unha sociedade máis crítica e construtiva". A MITEU, na súa XVIII edición, desenvolverase en Ourense do 12 ao 27 de abril. ACPP tamén colabora achegando a realidade de Ecuador, que participará representado polo artista Chokilla coa obra "La plegaria de la selva y otros cuentos" o día 22 de abril ás 20.30 horas no Auditorio Municipal.
NOS_55931
Galiza rexistra 214 maiores con Covid-19 en residencias. Nas últimas horas notificáronse 17 novos positivos.
As e os usuarios de residencias de maiores na Galiza diagnosticados de Covid-19 volveron subir até situarse en 214, após notificárense 17 novos positivos: 10 asociados ao gromo do xeriátrico da Pastoriza, cinco ao centro de DomusVi Vimianzo e outros dous na residencia San Bartolomeu de Xove. Ademais, segundo consta no parte diario que elaboran as Consellarías de Sanidade e de Política Social, con datos actualizados a última hora da xornada anterior, outros sete anciáns retiráronse da listaxe por curarse do coronavirus: tres en DomusVi Vimianzo, un no Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, un en San Bartolomeu, un na residencia Pontevedra de Vilaboa e outro en Monte Trega da Guarda. Deste modo, a cifra global de maiores con Covid-19 en xeriátricos galegos subiu nunha decena nas últimas 24 horas, até os 214, aínda que hai máis de dúas semanas, nos días anteriores a Noiteboa, baixaran do centenar. Nos datos desta sexta feira, 8 de xaneiro, o centro DomusVi Vimianzo continúa como o máis afectado da Galiza, que xa conta cun total de 72 usuarios infectados. Ségueno, aínda que de lonxe, a residencia Paz y Bien de Tui, con 33; e a San Bartolomeu de Xove, con 24. Tamén contan con grupos de anciáns contaxiados a residencia de Ribeira -que de feito xa iniciara a campaña de vacinación-, con 19 casos activos; a da Pastoriza, con 18; a Residencia Hospital Asilo de Ribadeo, con outros 18; e a Moledo de Vigo, con 11. Por baixo da decena de maiores infectados está o xeriátrico Santa Teresa Jornet da Coruña, que ten 7; o CRAPD Vigo II, con 4; A Saleta de San Cristovo de Cea, tamén con 4; e outros catro centros cun caso cada un: a Residencia de Maiores de Burela, os Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove, o Monte Tegra da Guarda e a Vila do Conde de Gondomar. Persoal contaxiado En canto ás e aos traballadores dos xeriátricos, o cómputo de positivos ascendeu a 94 despois de detectarse outros seis casos de Covid-19 nas últimas horas. Concretamente, trátase de tres empregados de DomusVi Vimianzo, un de DomusVi Monforte, un da residencia de Burela e outro da Quercus de Leiro. Por centros, o persoal máis afectado nos datos é a DomusVi Vimianzo, cun total de 20, seguida da Bartolomeu de Xove, con 12. O resto de centros que aparece na listaxe está por baixo da decena.
NOS_27829
Un cento de palestinos sufriu feridas na Cidade Vella de Xerusalén Leste, logo de 300 ultraortodoxos e da extrema aporximárense á Porta de Damasco ao berro de "morte aos árabes".
Máis dun cento de palestinos resultaron feridos na noite da quinta feira para esta sexta, 23 de abril, na Cidade Vella de Xerusalén Leste, logo de que un numeroso grupo duns 300 ultraortodoxos e da extrema dereita se aproximase á Porta de Damasco ao berro de "morte aos árabes". Alí encontráronse con contramanifestantes palestinos, que lles fixeron fronte. A Policía, que se despregou até a zona fixo uso de gas lacrimóxeno e canóns de auga para dispersar as e os presentes nunha área que foi recentemente escenario de disturbios e tensións desde que comezou o Ramadán. A Media Lúa Palestina indicou que polo menos 105 palestinos resultaron feridos, dos cales 22 tiveron que ser hospitalizados, mentres que a Policía estima, pola súa banda, que son unha vintena os axentes feridos polos enfrontamentos. Tres deles tiveron que desprazarse até un hospital da zona. A Policía explicou, ademais, que unhas 50 persoas foron detidas por lanzar pedras e fogos de artificio, así como asaltar axentes e levar a cabo outros actos violentos ao longo da noite. Os axentes sinalaron que os sionistas lanzaron pedras e prenderon lume ao mobiliario urbano en varios puntos da cidade. Os enfrontamentos tiveron lugar un día despois de que se produciran unha serie de confrontes entre defensores da causa palestina e sionistas en Xerusalén. En resposta a estes sucesos, o grupo ultradereitista e antipalestino Lehava convocou unha protesta para apoiar a "honra nacional". Esta semana estanse a producir protestas para denunciar a represión do Estado de Israel contra os militantes das organizacións soberanistas de Palestina (máis de 4.500 presos palestinos están en prisións israelís, entre eles 168 menores, 440 sen cargos formais nin xuízo, segundo denunciou este mes a Organización para a Liberación de Palestina).
PRAZA_15762
SOS Sanidade Pública e a Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía denuncian ante a Valedora que moitos enfermos e enfermas de cancro en Galicia non poden acceder aos novos tratamentos, xa aprobados, polo seu elevado custe e a lentitude na súa tramitación.
A A.A.V., paciente do HULA de Lugo, foille denegado en 2014 o único tratamento que podía tomar contra o cancro -o regorafenib-, despois de deixar de funcionarlle todos os demais. Porén, no CHUS de Santiago había outro paciente ao que si se lle estaba suBministrando por uso compasivo. De igual xeito, hai uns meses unha paciente do CHUS tivo que pedir permiso á dirección médica do hospital para poder acceder ao TDM1, prescrito polo seu oncólogo, un tratamento moi efectivo contra o cancro de mama, pero tardaron dende xuño a setembro en concederllo. Son algúns dos casos denunciados por SOS Sanidade Pública e a Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía (AUSO), que critican as dificultades que moitos usuarios e usuarias están tendo para acceder a novos tratamentos contra o cancro, xa aprobados pola UE. Porén, a lentitude na súa tramitación a nivel estatal e galego está impedindo en moitos casos que cheguen a quen os necesitan. As dúas entidades presentaranlle este xoves as súas denuncias á Valedora do Pobo, chamando a atención sobre a "desigualdade" que na actualidade está provocando esta situación, pois en ocasións un paciente pode contar ou non con este tratamento dependendo do hospital público no que sexa tratado. SOS e AUSO cren que a razón para o atraso que se produce na dispensación xeral dos novos medicamentos é económica, tendo en conta o seu elevado custe e reclaman que a Xunta e o Goberno central poñan os intereses dos e das pacientes por riba doutras prioridades. SOS Sanidade Pública e AUSO cren que a razón para o atraso que se produce na dispensación xeral dos novos medicamentos é económica, tendo en conta o seu elevado custe Xa en 2012, a AUSO detectara que se estaba restrinxindo o acceso aos fármacos oncolóxicos porque un paciente de cancro de próstata contactara coa Asociación para denunciar que a Xerencia do CHUS lle denegaba a Abiraterona. Para confirmalo, a entidade falou co seu oncólogo, que corroborou a denuncia e informou de que en Lugo se estaba dispensando por "uso compasivo" cando menos a un paciente, pero que no CHUS a el lle denegaban todas as solicitudes. Atrasos de tres anos nos novos tratamentos "Os novos tratamentos, consistentes sobre todo en dianas moleculares, son carísimos. Pero non teñen os efectos secundarios que ten a quimioterapia tradicional, son moito máis precisos e ademais, personalizados, dirixidos a determinados tipos de células, a determinados problemas xenéticos ou a determinados tipos de cancro", explica Montse Recalde, voceira da Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía do Clínico de Santiago. "Estes tratamentos autorízaos a UE, e despois cada Estado negocia por separado coas farmacéuticas, de xeito que en cada país o medicamento ten un custe distinto. Non se lle está poñendo couto á industria farmacéutica. Debería haber unha política común europea", di. Esta situación adoita repetirse noutros tratamentos, sobre todo no caso de novos medicamentos, como vimos hai uns meses co caso da Hepatite C. "Estes tratamentos autorízaos a UE, e despois cada Estado negocia por separado coas farmacéuticas, de xeito que en cada país o medicamento ten un custe distinto. Non se lle está poñendo couto á industria farmacéutica" "España tarda moitísimo en fixar o prezo destes medicamentos e poder así incluílos no sistema e que os enfermos poidan acceder a eles de forma gratuíta. Hai unha comisión interministerial, onde tamén participan Facenda e as comunidades autónomas, pero poden tardar un ou dous anos, mesmo en medicamentos claramente efectivos. E unha vez que son aprobados, aínda os teñen que autorizar as comunidades autónomas, neste caso a Comisión Galega de Farmacia", sinala. "Poden pasar ata tres anos dende que a UE autoriza un medicamento ata que un paciente galego se pode beneficiar del. E mentres que hai? Hai unha especie de baleiro. Cando o teu oncólogo ou oncóloga cho quere receitar, ten que pedir autorización ao hospital" "Poden pasar ata tres anos dende que a UE autoriza un medicamento ata que un paciente galego se pode beneficiar del. E mentres que hai? Hai unha especie de baleiro. Cando o teu oncólogo ou oncóloga cho quere receitar, ten que pedir autorización ao hospital. Algúns hospitais autorizan, outros non, e iso mesmo dentro da mesma comunidade. Hai moita desigualdade e inequidade", engade Recalde. "Coñecemos casos de persoas ás que se lles rexeitou a súa solicitude para poder acceder a estes medicamentos e acabaron morrendo. Nalgúns casos, do que menos dispón un enfermo de cancro é de tempo", denuncia. "O noso obxectivo é que as administracións poñan os intereses dos pacientes por diante dos intereses economicistas", resume Monte Recalde. "Cartos hai, a cousa é cales son as prioridades, onde se inviste", di. Desigualdades entre comunidades e entre hospitais AUSO e SOS Sanidade Pública denuncian que existe "desigualdade entre Comunidades Autónomas", porque "cada unha, aproba ou rexeita os medicamentos que lle parece e no momento en que lle parece", e tamén desigualdade entre hospitais, "porque mentres as Comunidades Autónomas non os aproban, téñense que solicitar, caso por caso, por uso compasivo e quen ten competencia aquí en Galicia é a dirección médica de cada hospital". Cada dirección hospitalaria ten potestade de autorizar ou non o uso compasivo dun medicamento "en pacientes que padecen unha enfermidade crónica ou gravemente debilitante, ou que se considera, pon en perigo a súa vida e que non poden ser tratados satisfactoriamente cun medicamento autorizado". Denuncian que existe "desigualdade entre Comunidades Autónomas", porque "cada unha, aproba ou rexeita os medicamentos que lle parece e no momento en que lle parece", e tamén desigualdade entre hospitais O primeiro obxectivo de AUSO e de SOS Sanidade Pública é acceder á información sobre se nos hospitais galegos se están subministrando por "uso compasivo" estes tratamentos aínda non aprobados pola Xunta (Regorafenib, TDM1, Ramucirumab, Enzalutamida, Eribulina, Afatinib, Avastín, Ibrutinib, Idelalisib, Carfilzomib...) ou se, pola contra, están sendo denegados. Puxéronse en contacto coas sete Xerencias de Área de Galicia, pero a resposta que recibiron (o mesmo documento en todos os casos) non respondeu en absoluto ás cuestións formuladas. "Foi un insulto a intelixencia", sinalan dende AUSO. Puxéronse en contacto coas sete Xerencias de Área de Galicia, pero a resposta que recibiron (o mesmo documento en todos os casos) non respondeu en absoluto ás cuestións formuladas. "Foi un insulto a intelixencia", sinalan dende AUSO A través da Valedora do Pobo, Milagros Otero, con quen se reunirán este xoves, tentarán tamén saber se os oncólogos e hematólogos dos hospitais de Galicia "están informando debidamente aos seus pacientes, sobre a existencia desas alternativas terapéuticas e a súa situación administrativa a día de hoxe, así como da posibilidade de solicitar o seu uso compasivo". Así mesmo, queren coñecer "que número de solicitudes se fixeron no último ano e cantas foron aceptadas e denegadas en cada un deses medicamentos". E pregúntanse, finalmente, "como é posible que non existan uns criterios unificados para a dispensación dun determinado medicamento" e "cales son os criterios de dispensación dos medicamentos para enfermos oncolóxicos".
NOS_17767
O Festival Internacional de Teatro de Outono de Carballo, FIOT, aborda de xeito crítico a realidade social deste século e o seu 21º aniversario. Els Joglars, Animalario, a coñecida actriz Carmen Machi constitúen a cabeza de cartel.
O teatro, por se alguén non o sabe, ten voz e fala da realidade social tamén. O FIOT deste ano, organizado como nas pasadas edicións pola Asociación Cultural 'Telón e aparte' en colaboración co concello, ten a intención de que vivamos experiencias novas mais cos pés na terra. A programación desta edición trae unha "reflexión sobre os cambios sociais, económicos, políticos e culturais aos que asistimos". E hai moito material como demostran a trintena de producións organizadas arredor do programa de sala, o Ciclo Otni e a Rúa dos Contos. A XXI edición do festival comezará o vindeiro 4 de outubro coa Rúa dos Contos e pecharase o 31 coa montaxe "El Nacional" da compañía catalá Els Joglars. Unha programación artística, segundo a organización, "equilibrada, ambiciosa e coherente" que quere contar "coas propostas máis actuais". En Carballo estrearanse cinco obras que aínda non visitaron Galiza: "El Montaplatos", de Animalario Teatro (Madrid) con Willy Toledo e Jesús Barranco (19 de outubro); "En alta mar", de La Machina Teatro, (Cantabria) o 13 de outubro; "Acto Cultural", do Grupo Actoral 80 (Venezuela), o 26 de outubro; "Fingir", de Colectivo 96º (Catalunya), dentro do Ciclo OTNI o domingo 28; e o "O Método Grönholm" de Talía Teatro, a coprodución do propio FIOT. A programación desta edición trae unha "reflexión sobre os cambios sociais, económicos, políticos e culturais aos que asistimos" Els Joglars e Carmen MachiAs dúas obras de máis tirón previo son presenza en Carballo de Els Joglars e a nova obra da televisiva Carmen Machi. A compañía catalá celebra este ano o seu 50º aniversario e volve a Galiza coa obra "El nacional", unha sátira demoledora sobre a cultura elitista, a crise nos teatros e o malgasto da clase política estreada en 1993, xusto durante outra crise. "Don Josep", o protagonista, é o acomodador dun antigo Teatro Nacional sen actividade que quere devolverlle a vida representando "Rigoletto" en xunto a un grupo de indixentes. A obra, en xira polo noso país, poderase ver tamén en en Pontevedra e Vigo. Carmen Machi, máis coñecida polos seus traballos en varias series de televisión, presentará en Carballo a obra "Juicio a una zorra", de Kamikaze Producciones (Madrid). Este potente monólogo protagonizado por Helena de Troia, a única filla de Zeus cun mortal, a través da visión de Miguel de Arco, Premio Ceres no Festival de Teatro de Mérida. Ciclo OTNIO apartado de propostas alternativas nun formato diferentes teñen o seu espazo no ciclo OTNI. Nesta edición veremos a Cándido Pazó con "Historias para tempos ruíns" (14 de outubro), a compañía vasca La Cocina con "Calla y come" (25 de outubro) e o Colectivo 96º catalán e a súa "Fingir" (28 de outubro). As funcións celébranse nun espazo máis reducido, o Salón de Actos do Pazo da Cultura, que permite unha maior proximidade entre a proposta teatral e o público. Fóra das salasDentro do FIOT, mais con autonomía propia, funciona a Rúa dos Contos, unha mostra de teatro no exterior que leva 14 anos levando os espectáculos a diferentes puntos da vila. Esta edición continúa con representacións "irreverentes" que poderán seguirse en cafetarías, tascas e pubs. Nesta 14 º edición a no programa figuran Redrum Producciones (4 de outubro); Bucanero, Celso Sanmartín e Tonhito de Poi (5 de outubro); Antón Coucheiro, Cesar Cambeiro "Montego" (6 de outubro); Evaristo Calvo e Piti Sanz, Os da Ría (11 de outubro); Mentalini, Triateros (12 de outubro); e Martín Camiña, Isi e Isa (13 de outubro). Actividades paralelasUnha das experiencias máis interesantes deste ano terá lugar o 14 de outubro coa performance "Queres ser un personaxe teatral", na que colabora o crítico e xornalista Camilo Franco, deixará ao público converterse no persoeiro dunha obra. O FIOT realizará retrospectiva de Alberto Gende, pintor e creativo que leva 19 anos colaborando co Festival, e preparou unha exposición dos seus deseños que estará aberta ao público entre o 4 de octubro e o 4 de novembro no Auditorio do Pazo da Cultura.
NOS_24468
A edición deste ano do festival que organiza o grupo cinematográfico Fonmiñá entre o 17 e o 25 de setembro dedica varias actividades ao recoñecido autor betanceiro.
A XXXIV Semana internacional de cine de autor, organizada polo grupo cinematográfico Fonmiñá en colaboración coa vicepresidencia da deputación provincial, dedica esta edición ao director, produtor e guionista betanceiro Ricardo Núñez Lisarrague (Betanzos, 1904-Palma de Mallorca, 1998). Entre as actividades principais inaugurouse unha exposición no refectorio do Museo Provincial de Lugo, presentouse o libro 'Ricardo Núñez: O Emperador da simpatía' de Manuel Curiel e proxectaranse no auditorio de NCG as películas "Nuestro culpable" (1938), "Stella" (1943), "La chica del barrio" (1967) e "Lo que cuesta vivir" (1967). "Todos os anos dedicamos un espazo importante na Semana a un autor ou autora galeg@ relacionado co cine e esquecid@", afirma Manuel Curiel, membro do grupo cinematográfico Fonmiñá. Este colectivo, movido polo seu amor a todo o relacionado coa imaxe, comezou celebrando esta actividade no ano 1979 e ademais de cine xestionaron varias bienais de fotografía. Este apartado tamén ten presenza neste festival coa exposición de fotografía en lembranza de Toñi na Biblioteca da Deputación Provincial."A exposición e o libro despois viaxarán a Betanzos e estarán no Centro internacional de grabado que xestiona un familiar do propio Ricardo Núñez", informa Xulio Xiz, presidente do grupo cinematográfico Fonmiñá, "en Betanzos este cineasta é toda unha institución". O grupo cinematográfico Fonmiñá, movido polo seu amor a todo o relacionado coa imaxe, comezou celebrando esta actividade no ano 1979 Unha vida co cine Ricardo Núñez nace en Betanzos en 1904. Traballa na hostelaría (o seu irmán era o propietario do Café Kiosko Alfonso, na Coruña), unha actividade que lle serviría, tempo despois en Madrid, para coñecer o director Florián Rey e entrar no mundo do cine. Coas súas primeiras películas ("El pilluelo de Madrid" (1927), "Águilas de acero" (1927) e "La hermana San Sulpicio" (1927), acadou sona de galán e permitiulle participar con directores como Benito Perojo. Na guerra civil colabora coa República e realiza as películas "En busca de una canción" (1937) e "Nuestro culpable" (1938). Coa vitoria de Franco e a ditadura ten que se exiliar en Arxentina onde continúa no mundo do cine. Comeza de cero, como admitiu nalgunha ocasión, dirixindo e producindo longametraxes. Xorden "Madre Alegría" (1950), "Fuego Sagrado" (1950), "Lo que fue de La Dolores" (1947) e "Villa rica del Espíritu Santo" (1945).Regresa ao Estado español en 1955 e dirixe "La chica del barrio" (1956) e numerosos traballos máis até 1962 que continuará só como guionista e produtor. Morre en Palma de Mallorca en 1998. Na imaxe Ricardo Núñez, primeiro pola esquerda, xunto a Mari Carmen Núñez e Miguel Ligero na película "Rumbo a El Cairo".
NOS_57909
Un estudo científico confirma a presenza de SARS-CoV-2 na EDAR de Bens. Os niveis de material xenético do novo coronavirus descenden desde mediados de abril e non chegan ao mar.
A mediados do mes de abril, un equipo multidisciplinar, integrado por profesionais das matemáticas, a informática, a enxeñaría, a química e a microbioloxía, iniciou un proxecto na comarca da Coruña para detectar a presenza do novo coronavirus nas augas residuais procedentes dunhas 450.000 persoas. "Estamos actuando de sentinelas da epidemia nos cinco concellos que depuran as súas augas residuais na EDAR de Bens: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros", explica a Nós Diario Marga Poza, directora científica da investigación. "Queremos coñecer a evolución da pandemia entre a poboación da comarca. Niveis de coronavirus Para iso, deseñamos un estudo no que recollemos unha serie de mostras cada día, tanto na estación de Bens como en diferentes puntos da rede de saneamento da comarca. Procesamos esas mostras e determinamos a cantidade de virus que hai en cada unha delas", detalla. A investigación vaise prolongar até o outono. Con todo, despois de 20 días de mostraxe, o equipo científico acaba de ofrecer os seus primeiros resultados. "De entrada, probamos que si se pode detectar o SARS-CoV-2 nas augas residuais, de feito, confirmamos a súa presenza nas augas que chegan á depuradora de Bens. Agora estamos avaliando a evolución da cantidade de virus, e o que constatamos é que os niveis van descendendo", sinala Poza. Alerta de novos brotes As previsións coas que traballa o seu equipo apuntan que as doses de material xenético do novo coronavirus seguirán minguando. "É bastante improbábel que cheguen a cero pero si a niveis moi baixos, practicamente indetectábeis", precisa a microbióloga do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic), quen defende a importancia deste tipo de estudo epidemiolóxico, complementario dos que buscan coñecer a seroprevalencia da COVID-19. "Os tests epidemiolóxicos son esenciais, pero tamén a análise das augas residuais. Os tests recollen mostras dunha porcentaxe da poboación ao azar. Nós estudamos toda a poboación, xa que as mostras proceden das augas residuais das 450.000 habitantes da comarca, mesmo das persoas que pasaron a enfermidade sen sabelo", recalca Marga Poza. Se comeza a aumentar a carga viral nas augas residuais, poderiamos rastrear a rede de saneamento e chegar a onde está o foco. Para a investigadora do Inibic, este proxecto ten moitas posibilidades e esténdense cara ao futuro. "Poderiamos detectar un posíbel rebrote. Se comeza a aumentar a carga viral nas augas residuais, poderiamos rastrear a rede de saneamento, descartar as mostras que dan negativo e chegar a onde está o foco de coronavirus con bastante precisión". Neste sentido, Poza e o seu equipo aspiran desenvolver un modelo matemático que lles permita predicir esas subas de contaxios e mesmo a porcentaxe de poboación infectada nun momento determinado, en función da cantidade de virus detectado. "De momento non podemos ofrecer unha cifra concluínte. Necesitamos tempo e datos moi precisos, desde sanitarios até meteorolóxicos, para elaborar unha curva que nos permita dicir canto circulou o virus e canta poboación entrou en contacto con el". Se ben, engade a invetigadora, todo apunta a que foi baixa. A carga viral das augas residuais non chega ao mar Após confirmar a presenza de material xenético de SARS-CoV-2 na rede de sumidoiros da comarca da Coruña, queda por determinar a integridade do virus e a súa capacidade infecciosa nas aguas residuais. É de esperar que non sobreviva moito tempo neste medio e que deixe de ser viábel, mais aínda non hai evidencias. Con todo, o equipo científico vén de confirmar que a planta depuradora retén o virus antes de verter a auga ao mar, polo que non hai ningún perigo.
NOS_15261
Os goles de Charles e Nolito deron aos celestes o triunfo nun partido no que Yoel foi decisivo. O Celta foi de menos a máis e callou unha segunda parte na que exhibiu o seu mellor rostro
O Celta xa ten a súa primeira vitoria nesta Liga o vencer ao Betis por dous goles a 1. Tras o empate na casa ante o Espanyol, a armada celeste acudía o Benito Villamarín coa intención de se meter os tres puntos no peto. E abofé que o fixo. O equipo vigués suma xa 4 puntos e vai sexto na clasificación neste inicio de temporada. A primeira parte do encontro foi agradecida en canto a oportunidades para ambas as dúas equipas. Tanto andaluces como galegos tiveron máis dunha ocasión para inaugurar o marcador e mesmo amplialo. O papel do porteiro céltico, Yoel, foi determinante nos minutos de treboada branqui-verde sobre a portería celeste. Rápido en reflexos, parou e deu tranquilidade ao equipo, que semellaba desnortado en defensa. Na segunda parte, o Celta foi a máis e pouco a pouco impuxo o seu ritmo no partido. Froito deste traballo chegaron os dous tantos do Celta: Charles (minuto 66) e Nolito (minuto 74). Para o Betis marcou Rubén Castro. A expulsión de Oubiña por duplo cartón amarelo deu novos azos a un Betis que intentou atinxir o empate (a piques estiveron, cun tiro ao longueiro), mais a defensa do celta mostrouse seria. E outra aposta pola canteira Luis Enrique, seguindo o compromiso do Celta destes últimos anos, deu entrada neste encontro a un xogador da canteira, David Costas, que debutaba así co primeiro equipo.
NOS_57323
Anxo Santomil recibiu hai uns días a insignia de ouro pola súa traxectoria na industria do cine e na organización das súas primeiras Xornadas de Cine e Vídeo en Galiza (XOCIVIGA) das que logo foi coordinador (2002 a 2005). Foi, asemade, un dos impulsores e fundadores da Federación de Cine Clubs de Galiza (1984) e ocupou o cargo de vicepresidente na Confederación de Cine Clubs do Estado Español durante varios anos. Máis recentemente participou no proxecto "Cinemas Dixitais", da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza.
Anxo Santomil coñece o cinema galego por dentro e por fóra. Dirixiu diversas experiencias audiovisuais no ensino e participou no equipo de produción, como rexedor, nos filmes "Sempre Xonxa" (1989) e "Camiño das Estrelas"(1993) de Chano Piñeiro, e "A Lenda da Doncella (1994) de Juan Pinzás. A homenaxe que lle dedicou as XOCIVIGA, xunto ao actor Miguel de Lira, recoñece o seu traballo e permítenos preguntarlle sobre a situación actual do audiovisual galego. Que sentiu cando lle rendiron esta homenaxe?Unha profunda gratitude porque sentía o que significaba. Lembrei aqueles tempos cando comezabamos. Como foron os inicios do XOCIVIGA?Eran realmente uns tempos onde calquera comezaba a facer promoción do cinema galego. Os recursos eran moi precarios. A distribución e promoción do cinema galego practicamente non existía. Estaba cheo de romanticismo e entusiasmo. A idea xurdira da Dirección Xeral de Cultura que estaba dirixida, daquela, por Luís Álvarez Pousa. Trataba sentar as bases dunha futura industria audiovisual galega. Eran os anos 80. Mudou moito a situación a hoxe...O audiovisual galego mudou moito desde aquela. Estaba reducido a un número moi pequeno de curtametraxes. Os realizadores eran autodidactas, sen ningunha escola de formación. Hoxe contamos con profesionais moi apreciados non só aquí senón a nivel de todo o Estado español. No 2009, por exemplo, estreáronse moitas longametraxes e curtametraxes. Despois de Catalunya a nosa quizais sexa a industria máis importante. Neste momento, alén da crise global e do sistema de producción, o audiovisual galego pasa por momentos moi complexos, tamén a nivel profesional. O anterior goberno da Xunta tiña previsto hai uns anos a creación dunha rede de distribución aquí na Galiza Un dos problemas pode ser a distribución?O anterior goberno da Xunta tiña previsto hai uns anos a creación dunha rede de distribución aquí na Galiza. Serían unhas 30 ou 40 salas de dixital. Ao mesmo tempo había outro proxecto, que eu coordinaba, que preparaba unhas 350 salas en toda Galiza na que se ofrecería cine galego, sobre todo do chamado cine paralelo, o que son os novos creadores. Promocionaría á xente nova que fai curtametraxes, documental e cinema de animación. O futuro estaba aí, na distribución dixital, primeiro a nivel do territorio galego e despois a nivel do Estado e internacional. Despois este proceso quedou paralizado. Toda a estrutura que se creou, hoxe está desmantelada. Cal pode ser a razón de que non se continuara?Porque os responsábeis hoxe da Xunta de Galiza non teñen interese ningún no tema. Nin en solventar o problema nin en manter o que se acadou até entón. Pasouse, daquela, de ter divididas as competencias do audiovisual a crear unha base, doutro xeito agora non habería nada. Agora desapareceu a Axencia Audiovisual Galega, desapareceu o Consorcio e non teño noción de que haxa algún tipo de organismo na Xunta que se ocupe do audiovisual. Pasou a mans de Agadic que o único que fai é convocar axudas.
QUEPASA_112
Inventor: JESSE RAMSDEN (1735-1800) Fabricante: G. FONTAINE (PARÍS) Cronoloxía: 1890-1891
Máquina formada por un disco de vidro de 80 centímetros de diámetro que xira entre dous pares de almofadas de crina, sostidas por un portante vertical que fixa o eixe do disco e a manivela para movelo. O disco e o portante van montados sobre unha grande mesa de madeira, na que se encaixan catro pés illantes de vidro que soportan dous condutores eléctricos (grandes tubos cilíndricos de latón rematados en esferas), colocados paralelamente respecto do eixe de xiro do disco. Os condutores rematan en cadanseu peite curvo, con formas que se adaptan á do disco para recoller a electricidade xerada na fricción. As máquinas eléctricas son instrumentos destinados a producir electricidade mediante un traballo mecánico. Nas de fricción obtense a electricidade por fricción sobre un corpo mal condutor: neste caso, as almofadas de coiro recheas de crina frotan un disco de vidro que xira mediante un manubrio. A máquina de Ramsden é o resultado das melloras que no 1766 realizou Jesse Ramsden sobre a primitiva máquina eléctrica de Otto von Guericke. O seu funcionamento consiste en que, durante o movemento de rotación, o disco cede os seus electróns ás almofadas, ao frotar con elas, co que estas quedan cargadas negativamente. Esta carga das almofadas pérdese no chan porque circula a través das tiras de estano e da cadea (que non se conserva). O vidro, que quedou cargado positivamente, exerce influencia sobre os peines da máquina, que atraen polas puntas aos seus electróns para recobrar o seu estado neutro. Así, os condutores quedan cargados positivamente, e ao aproximar a man saltará unha chispa que se renovará mentres siga xirando o disco. Para o funcionamento óptimo da máquina é imprescindible que estea completamente seca e ao abrigo da humidade. Así mesmo, se o disco cóbrese con xofre, o rendemento da máquina mellora. Esta máquina empregouse nos gabinetes de física dende 1768 posto que podía subministrar grandes cantidades de electricidade. Jesse Ramsden naceu en Salterhebble (Inglaterra) no ano 1735. Estudou matemáticas en Craven e no 1755 marchou a Londres, onde comezou a traballar como empregado nun almacén de roupa. En 1758 entrou como aprendiz na empresa de fabricación de instrumentos científicos Mark Burton. Foi tan habilidoso na súa aprendizaxe que tan só catro anos mais tarde abriu o seu propio negocio en Haymarket, Westminster. O seu taller estaba xunto ao do ́óptico John Dollond, con cuxa filla casou, e onde aprendeu a traballar coas lentes de precisión e aparellos ópticos. Do seu taller saíron para toda Europa instrumentos astronómicos, xeodésicos e ópticos, os cales gozaban dun gran prestixio. Deseñou ferramentas que lle permitían dividir, con gran exactitude, tanto círculos como liñas rectas, o que lle permitiu producir sextantes de alta precisión, teodolitos e círculos verticais para os observatorios astronómicos. Tamén elaborou barómetros, manómetros e balanzas de laboratorio. No 1773 trasladou a súa fábrica a Piccadilly, onde traballou no deseño do instrumento que lle daría a fama: a máquina divisoria, unha ferramenta que servía para calibrar con moita precisión os aparellos de medición, sobre todo os astronómicos. Foi elixido membro da Royal Society en 1786, e no 1795 foille concedida a Medalla Copley da Royal Society polas "súas diversas invencións e melloras no instrumental científico". Jesse Ramsden morreu no ano 1800 en Brighton. Hai un cráter lunar que leva o seu nome, e o asteroide 8001, descuberto no 1986, tamén foi bautizado como Ramsden. Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco. OUTROS TESOUROS DA FUNDACIÓN Lanterna máxica. O Abeto rego. Papoula Silvestre. Pirómetro de Cuadrante. Pila en columna de Volta. Gravado "A Virxe do Peixe". Custoria ou Ostensorio. Cristo Crucificado (óleo). Monumento dedicado a Fernando Blanco de Lema. Gramófono. Modelo Locomotora de Crampton. Telégrafo de Morse. Cámara escura fotográfica. Placa conmemorativa dedicada a Vicente Vázquez Queipo. Máquina de escribir Underwood Nº5 . Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia. Fonógrafo de Edison Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee). Óleo de Fernando Blanco de Lema.
NOS_13429
Maurício Castro (Ferrol, 1970) é profesor, activista da esquerda independentista e colaborador habitual de opinión en Sermos Galiza. Esta semana inicia unha serie mensal de artigos en que volve a Marx, esixe estudar a súa obra e propona como antídoto contra as renuncias da esquerda. O autor de O Capital naceu hai 200 anos en Tréveris, Alemaña, e morreu en 1883 en Londres.
-En que vai consistir a súa serie de artigos sobre Marx? -A miña idea é aproveitar o segundo centenario do seu nacemento para publicar un artigo cada mes en que propoño volver a Marx de xeito crítico e non dogmático. -Por que? -Existe un descoñecemento xeralizado da súa obra e pensamento, tamén na esquerda, que cando o menciona é apenas con referencias xenéricas e superficiais. Mais a vixencia de Marx esixe que o retomemos. Tamén para non caer en posicións posmodernas que evitan a loita de clases e negan a centralidade da clase operaria. Retomar Marx de maneira creativa é importante, porque a situación da humanidade é catastrófica. -A que se refire? -Este modo de produción pon en perigo a especie e o medio natural. Cómpre reformular un programa revolucionario por pura necesidade. -Cal será a estrutura da súa colaboración en Sermos? -Quero facer un repaso de categoría en categoría, as categorías principais. Comezo co antagonismo fundamental do capitalismo, a explotación. De aí derívanse as clases sociais, o Estado, o poder do Estado, etcétera. -Cando fala de vixencia de Marx, a que se refire? -A súa é a análise máis profunda e precisa dos mecanismos de funcionamento do capitalismo. Cada vez que estala unha das súas crises cíclicas, que Marx preveu e que os liberais negan dicindo que son erros puntuais, demóstrase a vixencia do seu pensamento. A afirmación da loita de clases como motor da historia tamén é fundamental para entender a sociedade capitalista contemporánea. -Mais hai unha vixencia social das súas teses? -A posición evidente de derrota histórica e ideolóxica da esquerda deu paso a un cuestionamento de todo. Por caso, da centralidade da clase obreira. Mais, malia fenómenos como a deslocalización de empresas, en termos globais hai máis poboación asalariada ca nunca. É certo que en Europa, a morfoloxía da clase obreira mudou, mais mesmo aquí existe un proceso de reproletarización. Marx é unha ferramente fundamental para combater a supresión da esquerda. E a súa obra non abonda con lela, cómpre estudala. -Marx e o seu legado están presentes na Galiza de hoxe? -Galiza fai parte de toda unha dinámica internacional que, despois dunha sucesión de derrotas -a última, a queda da URSS-, deixou a esquerda en posición de debilidade e puxo en cuestión a centralidade do marxismo. Hai un profundo descoñecemento na esquerda. Xa non se fala de explotación como motor da reprodución social do capitalismo e, no seu lugar, a propia esquerda refírese a "xestionar o sistema" ou a "medidas compensatorias". Mais só se eliminamos o traballo asalariado, como afirmaba Marx, eliminamos as desigualdades. -E existe unha tradición marxista nacional? -Aínda que Marx elaborou as partes centrais do seu pensamento nun país avanzado como era Gran Bretaña, onde estaba exiliado e onde accedeu á maior biblioteca do seu tempo, o marxismo é unha teoría abranxente. Analiza un sistema mundial, en que existen rexións que teñen funcións determinadas. Galiza, que partía dun atraso económico obvio, xa fai parte do centro, embora sexa en posición periférica. Mais ten características dependentes compartidas con outros países. -Iso plasmouse nun marxismo propio? -A propia organización histórica do nacionalismo de esquerda inspirouse noutros países con economías dependentes. As súas teorías tomáronos como exemplo. Mais a esquerda na Galiza, igual que a esquerda internacional, abandonou o marxismo e só o recoñece como un elemento máis. Nas novas correntes da esquerda galega domina o posmarxismo, o posestruturalismo ou posmodernismo, e Marx é un adubo máis.
PRAZA_15583
Aumentan os expedientes previos ao desaloxo, malia que descende un pouco o número de desafiuzamentos, que marca un record no conxunto do Estado, con case 50.000 nos nove primeiros meses de 2012.
Os desafiuzamentos seguen a ser un drama en Galicia. Segundo os últimos datos difundidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), os procedementos de desaloxo de vivendas, locais ou fincas presentados nos xulgados até setembro ascenderon no país a 1.366, o que supón un lixeiro descenso do -7,4% con respecto ao mesmo período de 2011, onde a cifra chegou ao 1.469 e a 1.885 a finais de ano. No conxunto do Estado, pola contra, os desafiuzamentos nos nove primeiros meses de 2012 alcanzaron os 49.702, un record desde que se difunden estes datos e un 15,9% máis que os rexistrados nos tres primeiros meses de 2011. Pola contra, o que si se incrementan en Galicia son as execucións hipotecarias, o proceso previo ao desaloxo, xa que aumentan nun 23% fronte ao 18,3% do conxunto do Estado. Xa que logo, no país descenden un hcis Os desafiuzamentos baixan nun 7,4% en Galicia e increméntanse un 16% no conxunto do Estado até setembro O ritmo de desafiuzamentos no Estado amainou un pouco, ao pasar de 18.668 no segundo trimestre aos 12.610 do terceiro, segundo a estatística sobre o efecto da crise nos órganos xudiciais que elabora o CGPJ. En Galicia, o número de desaloxos no segundo trimestre de 2012 foi de 531, fronte aos 308 dos tres meses seguintes, un pequeno descenso que non diminúe en case nada o drama de milleiros de familias. Así, a media é de máis de cen desafiuzamentos á semana. O número de execucións hipotecarias creceu un 23% en Galicia, case cinco puntos máis que a media estatal De feito, e en canto ás execucións hipotecarias (procedemento no que se esixe o pago dunha débeda garantida mediante hipoteca que pode acabar nun desaloxo ou lanzamento), entre xaneiro e setembro pasados os xulgados recibiron en Galicia 2004 expedientes, un 23% máis que un ano antes (1.543 até setembro). O incremento é incluso maior ao do conxunto do Estado, con 67.537, un 18,3% máis que o mesmo período de 2011. Ante esta situación, varias marchas, baixo o lema desafiuzar = asasinar, percorrerán as rúas de Compostela, Lugo, A Coruña e Ferrol este venres, á espera de que se concrete algunha nova convocatoria noutras cidades. Nas manifestacións lerase un manifesto que inclúe as reivindicacións que dende hai meses veñen repetindo estes colectivos: comezando pola paralización das execucións e a posta en marcha da dación en pago con efecto retroactivo acompañada da opción de aluguer social e a creación dun parque público de alugueiro social das vivendas usurpadas pola banca. Tamén se demandarán "responsabilidades xudiciais e políticas" aos responsables desta situación. Finalmente, pídese que que as administracións se fagan cargo da defensa e asesoramento legal das familias que son vítimas dunha auténtica persecución bancaria, creando puntos de atención comarcal ou municipal financiados polos orzamentos públicos en colaboración cos colexios de avogados. E lémbrase que "o dereito á vivenda debe estar á marxe do mercado". O manifesto salienta que "os culpábeis desta situación non son entes abstractos. Non son primas de risco, nin subidas ou baixadas do Euribor. Os culpábeis son os executores das políticas neoliberais e os banqueiros que durante décadas só se preocuparon de encher o peto, sen pensar nin un intre no tipo de crecemento económico que estaban a xerar. Esta burbulla inmobiliaria estoupou pero non nos mollou a todos por igual. Mulleres, migrantes, menores, obreiros e obreiras, somos os que estamos a pagar os atropelos dos Aznar, Botíns, BBVs, Zapateros e Rajoys". Número de hipotecas Por outra banda, o número de hipotecas constituídas sobre vivendas en outubro en Galicia creceu un 5,3% con respecto ao mes anterior e fronte ao descenso de case dez puntos de media no Estado. No entanto, as hipotecas descenderon na autonomía un 34% en relación ao mesmo mes de 2011, até as 948 operacións, o que representa unha caída de case 20 puntos superior á estatal, segundo os datos publicados polo INE.
PRAZA_11463
O Tribunal Superior, que xa criticara ao Goberno galego polo seu "comportamento malicioso" reiterado, evidencia a reincidencia da Xunta limitándose a copiar e pegar sentenzas anteriores
O Tribunal Superior, que xa criticara ao Goberno galego polo seu "comportamento malicioso" reiterado, evidencia a reincidencia da Xunta limitándose a copiar e pegar sentenzas anterioresO 5 de febreiro, só tres días antes do inicio o 8 de febreiro dunha folga do persoal das ambulancias que traballan para o Sergas, a Xunta fixou uns servizos mínimos do 100% para as urxencias e do 50% para o transporte de doentes non urxentes a consultas, probas ou entre hospitais. A folga prolongouse un mes e medio, que foi o que tardaron as mobilizacións, de incidencia limitada, en lograr unha mellora das condicións laborais, , pero agora, oito meses despois, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anular aqueles servizos mínimos por considerar que a Xunta os fixou de forma inxustificada. Esta nova condena da Xunta por vulnerar o dereito á folga, tras unha denuncia de CCOO e UGT, é unha máis dunha longa lista de sentenzas similares que se veñen reiterando nos últimos anos e que estableceron, por exemplo, que o Goberno galego fixou igualmente uns servizos mínimos inxustificados en varios departamentos de todo tipo co gallo da folga feminista do 8 de marzo do pasado ano, en diversas folgas e paros na CRTVG nos que a xustiza chegou a acusar á dirección da empresa pública de "esquirolaxe interna", así como en varios servizos sanitarios, como neste caso, durante varias mobilizacións como a do persoal de atención telefónica do 061 (nese caso cando menos en dúas ocasións, en novembro de 2018 e xaneiro de 2019), na do servizo de mantemento do complexo hospitalario de Ourense e mesmo noutra folga previa das ambulancias en 2018.Na nova condena contra os servizos mínimos da folga das ambulancias, con data do pasado 4 de outubro e divulgada agora polo TSXG, o propio tribunal evidencia a reiteración do comportamento da Xunta, sen matices a respecto de anteriores convocatorias de folga, copiando e pegando fragmentos de sentenzas previas condenatorias do Goberno galego. O tribunal considera que "xa resolveu con claridade as cuestións aquí plantexadas" nesas ocasións anteriores e en particular na folga de ambulancias dun ano antes.O TSXG di que todo o dito xa por el mesmo en anteriores casos é de aplicación a este, xa que a Xunta estableceu os servizos mínimos con "argumentos xenéricos" pero sen analizar sequera as necesidades das semanas previas aos parosO TSXG di que todo o dito xa por el mesmo en anteriores casos é de aplicación novamente a este, xa que a Xunta estableceu os anteditos servizos mínimos do 50% para os casos non urxentes sen indicar con base en que estudos concretos das necesidades e amparándose unicamente en "argumentos xenéricos que poden ir referidos a calquera fixación de servizos mínimos no sector do transporte sanitario". O tribunal chega a afear que o Goberno galego non intentase sequera fixar os servizos mínimos en función das necesidades concretas existentes e cubertas nas semanas previas á folga. A sentenza finaliza condenando tamén á Xunta ás costas procesais nun máximo de 1.500 euros.O TSXG chegou a criticar o reiterado "comportamento malicioso" da Xunta non só por esa falta de xustificación senón tamén por establecelos pouco antes do inicio dos parosEn anteriores condenas, nas que igualmente se censurou a fixación de servizos mínimos sen xustificalos, o TSXG chegou a criticar o reiterado "comportamento malicioso" da Xunta non só por esa falta de xustificación senón tamén por establecelos pouco antes do inicio dos paros, dificultando así que os sindicatos poidan recorrelos con éxito e que a xustiza se pronuncie a tempo. O propio presidente Feijóo foi preguntado hai un ano pola reiteración de condenas similares contra a Xunta, que minimizou poñendo o foco en que noutros casos o Goberno galego é absolto.
NOS_25721
Calquera outra decisión, engaden, "suporía actuar inxustamente, minguar a posibilidade de dar a coñecer a figura e obra dunha personalidade fulcral do século XX".
A Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza Vía Galega, a cal están adheridas 61 entidades do ámbito cultural, educativo, deportivo, musical e veciñal; reclama que para o ano 2021 as Letras Galegas continúen coa homenaxe a Carvalho Calero. "A pandemia padecida desde o mes de marzo, o confinamento sufrido, as declaracións do estado de alarma, as restricións para a realización de actos presenciais e reunións e a limitación da mobilidade e, agora, a declaración, de novo, do estado de alarma e do toque de recoller, prevéndose a súa vixencia até o mes de maio, son sobradas e convincentes razóns para que a Real Academia Galega asuma prorrogar ao ano 2021 a dedicación das Letras Galegas a Carvalho Calero", indican nun comunicado. Calquera outra decisión, engaden, "suporía actuar inxustamente, minguar a posibilidade de dar a coñecer a figura e obra dunha personalidade fulcral do século XX". "É necesario estender ao ano 2021, a celebración das Letras Galegas a figura de Carvalho Calero, xa que todo o alumnado galego non tivo clases presenciais nin asistiu aos centros escolares desde o mes de marzo até de xullo". Do contrario, explica Vía galega, "impediríaselle aos escolares o estudo e coñecemento da súa significativa, diversa e prolífica obra e do achegamento a un escritor poliédrico, comprometido co seu idioma e o seu pais, fundamental na investigación literaria e nas achegas sociolingüísticas". Vía Galega súmase así ao amplo abano de entidades e colectivos que demandan que o Día das Letras 2021 continúa a dedicárselle a Carvalho Calero. Porén, e tal como informou Nós Diario a mediados de outubro, a Academia comunicou a Galiza Cultura que non prolongará o ano Carvalho Calero
NOS_24302
Xosé Abad vén de recoller o premio á mellor longametraxe na segunda edición do certame Primavera de Cine polo documental 'O segredo da Frouxeira'. O proxecto, que narra a investigación arredor de catro desaparicións no marco da Guerra Civil, logrou descubrir o tráxico final do último alcalde republicano de Serantes, en Ferrol, e daqueles que o axudaron a agocharse.
Cun resultado próximo a unha trama policíaca, Abad logra destapar en O segredo da Frouxeira unha historia soterrada durante máis de 70 anos e, con ela, a reconciliación de catro familias enfrontadas por unha campaña de desprestixio. Esta desgarradora historia demostra que, sen memoria, é imposible pasarmos páxina para saudar a democracia. -Como acolleu o premio á mellor longametraxe no Festival Primavera de Cine? Con moitísima alegría pois competiamos con películas de ficción de grande calidade e tamén por ser este un premio que outorga o público que, en definitiva, é o receptor final do noso traballo. Aliás, a ilusión aumenta cando é un certame da túa terra, sendo que frecuentemente é máis complicado que aquí che dean un premio que fóra. "A medida que a película avanzaba, fomos descubrindo cousas novas e, sorpresa a sorpresa, rematamos o documental" -A investigación comézaa Paulino Gasalla, descendente do alcalde republicano de Senantes. Porén como xurdiu o proxecto dun documental? O proxecto nace cando Paulino, practicamente o protagonista do documental, se pon en contacto coa asociación cultural Fuco Buxán de Ferrol, que ten unha comisión de memoria histórica, após emprender unha investigación arredor da vida do seu antepasado. Esta organización pensou que a historia daba para facer unha pequena peza, idea que nós avalamos malia que, finalmente, saíu unha longa. O punto de partida foron uns recortes de xornais que Paulino atopou na casa da súa sogra e que contiñan artigos e poemas de Alejandro Porto Leis e algunhas novas da actualidade política do momento. Dáse conta da relevancia desta figura: articulista, poeta, republicano e galeguista, e decide iniciar a súa pesquisa. "Se vives 40 anos en Inglaterra acabas por falar o inglés e, de igual modo, tras catro décadas de ditadura queda unha semente no corpo social que non se supera facilmente" -Que pasou con este alcalde no franquismo? Após case tres anos nos que permaneceu agochado, até o 38, prodúcese unha delación por parte do médico, antigo amigo do seu pai, ao que acudiu por por estar moi enfermo. Cando decide saír do zulo ten unha discusión cos que o axudaron a esconderse, os tres homes que finalmente desaparecen canda el. A casa na que estaba naquel momento pertencía á familia do sindicalista Jesús Miño, mais antes quen o agochara fora o anarquista Avelino Landeira. O cuarto dos 'paseados' no areal da Frouxeira era Modesto del Río, un home de dereitas que, porén, antepoñía o seu sentido relixioso a calquera idea política e que, o único delito que fixo, foi dar de comer a quen era o seu amigo. -Máis dun ano e medio foi necesario para rematar o documental. A verdade dos catros asasinatos e quen os instigou saíu á luz ao principio ou ao longo da rodaxe? A verdade vai saíndo a medida que se investiga. Paulino tiña moitos datos sobre a vida do antigo rexedor, mais non dos outros tres desaparecidos. Polo tanto, a medida que fomos falando cos membros destas familias, o puzzle foise reconstruíndo coa versión que cada un tiña dos feitos. As familias localizámolas porque na causa que había na armada contra Porto Leis aparecían o nome dos que o axudaran. O traballo de contacto coas familias fixémolo con moito tacto porque, ao principio, había moito rancor contra o antigo alcalde, sendo que os fascistas espallaron a idea de que el cantara os nomes dos outros, cando o certo é que a Garda Civil llos sacou mediante torturas. "Política comprometida co audiovisual? De momento, se a hai, nós non a coñecemos e, da que virá, tememos un rotundo desastre" -Agardaba que o documental puidese transcender tanto a este nivel humano entre as familias das vítimas? Realmente non tiñamos nin idea do que ía pasar xa que, a medida que a película avanzaba, fomos descubrindo cousas novas e, sorpresa a sorpresa, rematamos o documental. Afortunadamente, todo sucedeu de xeito seguido pero, en verdade, puido ser un fracaso total. Sempre que inicias un documental corres ese risco, precisamente por xogar con elementos da vida real, senón sería unha película de ficción. De feito, estivemos varios meses coa incerteza de que o proxecto non ficase no camiño porque a filla de Jesús Miño, que era de dereitas, non quería que falaramos do seu pai e ameazounos con denunciarnos para impedir que se gravase o documental. De feito, paramos a rodaxe durante cinco meses até que morreu. Entón, continuamos coa investigación. -Asegurou que o odio entre estas catro familias foi froito dunha campaña de desprestixio. Eran habituais estas artimañas? Eran absolutamente habituais. Mataban á xente e, ao mesmo tempo, querían matar a súa memoria, tal e como se explica no documental. Facían un labor de intoxicación para separar as familias, espallando a idea de que fulano era un roxo perigoso ou que só buscaba a súa propia salvación. Era moi común presentar a xente pacífica coma perigosos terroristas. -Como hoxe en día? Efectivamente. Non cambiamos moito! [risos]. -Buscaba, o proxecto, ser unha reparación moral para a xente asasinada? Nós tratamos de ser o máis obxectivos posible. Sabiamos que na medida na que se contase a historia xa se producía unha reparación. A xente precisa que se coñeza dalgunha maneira a verdade do que pasou. Polo tanto, contar esta historia supón unha reparación para os asasinados, para os familiares que o contan e para o público que o ve. -Nas notas do director asegura que, sen memoria, non podemos falar de transición democrática. Estou convencido diso. De feito, sosteño a idea de que a Guerra Civil no estado español non está superada e non se superará namentres teñamos milleiros de cadáveres sen recoñecer polas gabias e grande parte da nosa historia sen explicar nas escolas. Mentres os nenos non teñan coñecemento da verdade da súa historia recente e mentres non se faga xustiza e se lles entregue ás familias os restos dos finados, non poderemos pasar páxina. Non é moito o que piden as vítimas. -Como afectou á idiosincrasia da Galiza a represión franquista? A resposta a esa pregunta deuma Isaac Díaz Pardo no documental que lle fixen. El dicía que a sombra do franquismo era moi alongada e que inda perduraba na actualidade. Tentando de explicar ese fenómeno sociolóxico díxome, coa súa habitual ironía gráfica, que se vives corenta anos en Inglaterra acabas por falar o inglés e, de igual modo, tras catro décadas de ditadura queda unha semente no corpo social que non se supera facilmente, -O documental foi gabado por non incidir no odio entre vitorios@s e vencid@s? Tal e como afirma no documental Manuel Landeira fillo, falando por todas as vítimas, 'nós non buscamos vinganza senón xustiza'. Creo que esta frase é a que mellor recolle o espírito desta peza, malia que non foi a imposición dunha visión nosa senón a que expresaron as voces que recollemos. Para outros, no entanto, como Manuel Landeira pai, o documental non amosaba toda a dureza da época. Con todo, penso que deste xeito foi máis doado establecer a empatía co espectador e lograr unha historia que interesase ao público ao presentarmos unha trama a medio camiño entre o xénero policíaco e o thriller e, ao tempo, con elementos moi dramáticos. Isto conseguiuse pola constante reelaboración do guión e por un traballo extenuante de edición. -A acollida foi boa até en México. Élles familiar esta temática? Como terra de exilio de moitos republicanos, México ten unha aproximación á memoria histórica moi positiva, incluso mellor que moita xente de aquí. E iso tamén pasou en Alemaña, onde presentamos o documental en tres universidades distintas con moito éxito mais onde os rapaces non acreditaban que, nas escolas do estado español, non se fale da memoria histórica con normalidade. -Cortouche as ás que a versión orixinal do documental fora en galego? En absoluto. De feito, na xira polas tres universidades alemás, a presentación e os coloquios tras a proxección do documental foron en galego. Se a historia ten intensidade e atrapa, o idioma no que estea feita non ten relevancia. Para iso están os subtítulos. -Como devén a produción audiovisual de proxectos de non ficción Galiza? O sector está absolutamente depauperado e a piques de quebrar. Non hai a máis mínima posibilidade de facer practicamente nada. De facto, eu remato agora un documental sobre a visión que as novas xeracións teñen da Guerra Civil e o franquismo e non creo que faga nada máis. Non hai ningún tipo de apoio institucional, nin estrutura industrial nin vías de distribución para mover o que se fai. Moitas das produtoras marcharon, outras pecharon e as que ficamos aquí tentamos de sobrevivirmos porque non temos onde emigrar. Canto aos patrocinadores privados, ao non termos ningunha lei de mecenado que garanta a desgrabación nos impostos a quen apoie un proxecto cultural, o financiamento por parte da iniciativa privada non existe. E menos para un proxecto destas características que, basicamente, se financiou co apoio popular mediante achegas de particulares. -Existe unha política comprometida co audiovisual? De momento, se a hai, nós non a coñecemos e, da que virá, tememos un rotundo desastre. Si, sabemos que hai un novo xerente no Agadic pero inda non temos datos de cal vai ser a súa política. Polo de agora, a súa política e que non haxa ningunha política. Amais, na actualidade o do audiovisual é un sector que non simpatiza moito co poder. - Están estos proxectos ideoloxicamente marcados discriminados das axudas públicas? Neste caso, xa non se trata de ideoloxía. Estamos facendo un traballo de actualidade e de reconstrución histórica. Sempre se produce un apriorismo cando se trata de memoria histórico e o poder xulga: 'estes deben ser uns roxos do carallo'. E quizais o sexamos pero procuramos que non se note no documental. Con todo, elixirmos o tema de traballo xa é unha definición política.
NOS_49103
En protesta por como se está a levar a cabo o proceso de novas incorporacións.
Delegados do comité de empresa de Navantia bloquean desde as 5:30 horas desta segunda feira o acceso ao edificio de dirección, impedindo o acceso do persoal directivo e de Recursos Humanos. Esta acción sorpresa é un acto de denuncia do comité sobre como se está a desenvolver o proceso de novas incorporacións, onde segundo denunciaron desde a parte social, Navantia quere agora non contratar a varios aspirantes que, malia que superaron as tres fases de acceso, foron rexeitados tras unha entrevista cun psicólogo, que ademais se realizou de maneira telemática. As últimas semanas estanse a dar diversas mobilizacións en Navantia. A finais da pasada semana, traballadores e traballadoras do naval ferrolán marcharon desde o estaleiro até a praza de Armas de Ferrol, onde realizaron unha concentración, para demandar carga de traballo e os investimentos necesarios para pór o sector no século XXI. "Mentres nos demais países os diques están cheos, nós témolos baleiros. As infraestruturas de Carenas quedan obsoletas, non se aproveitan tampouco as sinerxías coa planta de gas e incluso se minusvalora e torpedea o desenvolvemento de Turbinas", lamentaba o responsábel da sección sindical da CIG-Navantia Ferrol, Marcelino Amado.
NOS_27097
A portavoz de Lingua do grupo parlamentar do BNG considera que o presidente da Xunta atenta contra a lingua e "reincide" malia as sentenzas contra o decreto do plurilingüísmo
"Feijóo practica unha política de asfixia económica a calquer medida de normalización do idioma". Ana Pontón, portavoz de Lingua do grupo parlamentar do BNG, criticou hoxe en rolda de imprensa a postura do presidente da Xunta en materia de política lingüística e salientou que o seu executivo "adica ao galego apenas un tercio do que lle dedicaba en 1993 o goberno Fraga". A deputada chamou a participar na manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego este domingo en Compostela após considerar que a política do actual goberno galego vai "contra o sentido común e incumpre a legalidade vixente xa que o denominado decreto do plurilingüismo acumula xa sete sentenzas en contra que tumban os seus alicerces". Para a nacionalista "só con presión social podemos parar esta política" e animou a "todas as persoas que defenden o galego, que queren o galego e que ven a urxente necesidade de pararlle os pés ás políticas de ataque á nosa lingua que protagoniza o PP". Na mesma comparecencia o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou que a estratexia lingüística do PP é "deliberada, porque queren acabar con calquer signo de identidade". Criticou a "reespañolización" dirixida polo goberno central e cargou contra os dirixentes do PP que "afirman querer o galego mentres adoptan todas as medidas á súa man para erradicalo".