ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_3349 | O traballo, do que é coautora a catedrática da USC Rosa Mosquera, conclúe que nos lugares que máis desenvolven sistemas agroforestais e de pastoreo hai menos lumes que nas áreas de usos exclusivamente forestais ou de mato. Así mesmo, destaca que axudan a conservar a biodiversidade e os solos e contribúen á fixación de poboación no rural | O sur de Europa é a área do continente que máis sofre os incendios forestais e, de feito, entre os anos 2008 e 2017 o 93% dos incendios de Europa tiveron lugar en países mediterráneos. En Portugal, España, Italia, Francia, Grecia e Chipre quéimanse cada ano entre 300.000 e 450.000 hectáreas de terreos forestais, unhas cifras que son aínda maiores en Galicia e no Norte de Portugal, que combinan os veráns secos propios de todas estas rexións (acrecentados nos últimos anos polo quecemento global) cun rápido crecemento da vexetación no inverno, tanto pola súa maior humidade como pola plantación de especies de crecemento rápido, coma o eucalipto.A investigación conclúe que naqueles lugares que máis desenvolven sistemas agroforestais e de pastoreo se producen menos lumes que nas áreas de usos exclusivamente forestais ou de matoDistintos estudos explican que unha das principais claves na prevención dos incendios forestais é a redución do 'combustible' existente nos montes, en forma de árbores ou mato. Un grupo de investigadores e investigadoras, entre as que se atopa a catedrática da USC na EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo, Rosa Mosquera, vén de publicar un traballo na revista Agroforestry Systems no que defenden que as prácticas silvopastorais e agroforestais -é dicir, a combinación de usos agrarios e gandeiros nos montes- poden contribuír a mitigar os efectos dos incendios forestais.Os sistemas silvopastorais xeran habitualmente máis beneficios que os sistemas de produción baseados unicamente na corta de madeira "cando se inclúe nas análise o risco de incendios"A investigación compara os rexistros de incendios forestais da última década no sur de Europa e conclúe que naqueles lugares que máis desenvolven sistemas agroforestais e de pastoreo se producen menos lumes que nas áreas de usos exclusivamente forestais ou de mato. A razón é que a combinación de cultivos e monte racha a continuidade das árbores, incrementando a distancia entre elas e reducindo a biomasa presente nos niveis baixos do monte.O estudo subliña tamén que a presenza de gandaría de pastoreo nos espazos forestais resulta "máis barata" á hora de reducir a vexetación existente baixo as árbores que calquera medio "manual ou mecánico". A presenza do gando achega igualmente nutrintes naturais para os solos. E, finalmente, proporciona unha nova vía de ingresos para os propietarios deses montes, a través de produtos derivados (carne, leite, queixo...) que adoitan ter elevado valor engadido. Neste senso, a investigación cita estudos que amosan como os sistemas silvopastorais xeran habitualmente máis beneficios que os sistemas de produción baseados unicamente na corta de madeira "cando se inclúe nas análise o risco de incendios".As prácticas agroforestais axudan a conservar a biodiversidade e os solos e contribúen á fixación de poboación no ruralMosquera, que é coordinadora do grupo de investigación Sistemas Silvopastorais, defende os efectos positivos destas prácticas, habituais noutras zonas da Península Ibérica (por exemplo nas dehesas españolas ou nos montados portugueses), subliñando que non só reducen a biomasa que pode servir de combustible para o lume, senón que melloran a xestión destes espazos, que nos últimos anos veñen sendo vítimas do abandono por mor do despoboamento do rural. Entre os beneficios derivados das prácticas agroforestais están tamén a conservación da biodiversidade, o maior secuestro de carbono, a redución da erosión dos solos, a protección das correntes de auga e acuíferos, o crecemento máis rápido das árbores e a maior calidade da madeira, e tamén o aproveitamento do territorio e fixación de poboación relacionada coa súa explotación. "Estamos a falar de bioeconomía ou economía circular, un concepto agora en alza e que tamén é de máximo interese cando se tratar de avanzar na loita contra os efectos do cambio climático", explica Mosquera.Este estudo, cuxas conclusións foron publicadas polo xornal británico The Guardian, é o resultado dun traballo colectivo no que participaron investigadores de universidades e centros de España, Italia, Grecia, Portugal ou Reino Unido, ao abeiro de iniciativas internacionais como Afinet ou Agforward, un proxecto de investigación financiado ao abeiro do sétimo Programa Marco da Unión Europea para a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico.O grupo de investigación Sistemas Silvopastorais da Escola Politécnica Superior (EPS) de Lugo traballa dende hai anos nesta liña, destacando que o emprego de ovellas para o control de especies vexetais no sotobosque resulta tanto ou máis efectivo ca os outros sistemas de limpeza, co valor engadido ademais da diminución do impacto ambiental e da maior rendibilidade económica"Vivimos nunha área particularmente propicia para os lumes, un mundo combustible conformado nas últimas décadas", explicaba o biólogo ambiental Xavier Vázquez Pumariño nesta entrevista. Tanto en Galicia como en Portugal, a partir dos anos 50, con dúas ditaduras e paisaxes culturais moi similares, impúlsase a forestación con piñeiros daquelas zonas que ata o momento eran pasteiros no monte e/ou cultivos de cereais. A gandería desapareceu -eses milleiros de ovellas e cabras que procesaban o gran crecemento da biomasa-. E as novas fábricas de celulosa crearon a necesidade de empregar o eucalipto" engadía.A Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa do Bosque Autóctono e a Loita contra os Incendios Forestais apostaba tamén pola promoción do pastoreo e a gandería extensiva como elemento natural de roza e prevención de incendios. |
NOS_11706 | No Día Mundial da Bicicleta, que se conmemora cada 3 de xuño, colectivos en favor dunha mobilidade responsábel advirten as aprendizaxes que pode dar a crise sanitaria e as medidas impulsadas para xestionala como panca para impulsar un cambio de paradigma que priorice as persoas sobre os coches. | Para quen conmemora hoxe o Día Mundial da Bicicleta, esta edición chega, se cadra, con aínda máis argumentos en favor deste medio de transporte: os que achega a experiencia dos últimos tres meses, nos que o confinamento e a práctica paralización da mobilidade deu pé a novas necesidades, derivadas do requirido distanciamento social, das restricións nos traslados e, tamén, dunha revalorización do espazo público. O tránsito cara á normalidade supón, para os colectivos que defenden unha mobilidade máis respectuosa, un desafío para as Administracións e tamén o momento de repensar a forma de nos mover para garantir a saúde ante eventuais novos brotes epidémicos e, ao tempo, mellorar a habitabilidade, accesibilidade e sustentabilidade nos núcleos de poboación. Así se reflicte no informe que o colectivo Mobi-liza trasladou hai unhas semanas ao Concello da Coruña –onde ten a súa base–, no que achega unha serie de propostas para potenciar o tránsito peonil, o transporte colectivo e o uso da bicicleta nesta adaptación "a unhas novas coordenadas do uso do espazo público". "Isto que ocorreu pode espertar a conciencia da xente de que precisamos movernos doutra maneira e xa existen formas eficaces e que non teñen que estar centradas no coche", expón Fran García, membro deste colectivo e tamén da asociación Verdegaia, que conta con este mesmo informe como guía a nivel galego de recomendacións para concellos, deputacións ou a Xunta. "Sobre todo nas cidades, as infraestruturas para vehículos ocupan entre 60 e 70% do espazo público, é unha barbaridade. Temos que volver darlles o protagonismo ás persoas e a outros medios de mobilidade máis respectuosos para tratar de equilibrar esa balanza", propón o activista. O documento apunta, no que ten a ver coas bicis e os vehículos de mobilidade persoal (VMP), á creación de redes urbanas e interurbanas ciclábeis, "sen afectar o espazo peonil", e chama a habilitar carrís para vehículos a motor e carrís segregados ciclábeis alí onde se poida "para dar seguridade e facilitar o distanciamento físico", ademais de espazos de aparcadoiro seguro, sobre todo en equipamentos públicos e estacións de transporte. Tamén avoga pola promoción dos sistemas de alugueiro público e polo impulso dos servizos de cicloloxística para compras de proximidade e servizos municipais como mercados ou bibliotecas, incentivos para o seu uso en traslados laborais e a promoción da educación viaria desde a escola. "Son medidas que requiren pouco investimento e nin sequera valentía, só vontade. Se calmamos o tráfico e ampliamos as infraestruturas ciclistas será moi fácil que a xente se anime; sabémolo porque xa ocorreu noutros lugares", prevé García. Rebeca Babarro, integrante da delegación de Mobi-liza en Ourense, fala da mobilidade como unha cuestión "transversal" a traballar desde distintas frontes, desde a liberación do casco urbano de vehículos, mediante fórmulas como os aparcadoiros disuasorios, a redución da velocidade ou a creación de vías "máis amigábeis" para as persoas. "Defendemos unha mobilidaded sostíbel, agradábel e máis vivíbel para todas", indica, para sinalar que este é, "máis que nunca", o momento de implantala. "Fai falta moito máis espazo para o peón, para podermos gardar as distancias, e en Ourense non se están contemplando estas cuestións. Desde que abriron os bares volveu a dobre fila", lamenta, e censura que o plan de mobilidade da cidade estea sen implementar desde o pasado mandato e que o Concello non teña nin respondido ás ofertas do seu colectivo para achegar propostas neste ámbito. Para José Manuel Suárez Márquez, presidente da asociación viguesa A Golpe de Pedal, as medidas implantadas nas cidades por mor do coronavirus, como ampliación do espazo para viandantes ou os carrís bicis provisionais, "están ben, mais deben ser a plataforma que impulse cambios máis amplos e permanentes". "O uso do coche ten que ir sendo máis residual, como estabelece a Unión Europea nos seus obxectivos prioritarios para 2030 e 2050", observa. Tamén na súa opinión, a experiencia desta crise sanitaria "pode axudar no cambio de paradigma da mobilidade urbana que necesitamos e que pasa polo uso da bicicleta". "Nesta etapa, moita xente recuperou as ganas de usar a bici, non só para o deporte, senón como un medio de transporte eficaz, e ese uso é o que nós levamos defendendo anos, porque, de feito, é o medio máis eficiente en cidade: o máis rápid0, o menos contaminante e o que non xera atascos", reivindica. " Se se crean espazos seguros, haberá un efecto chamada, estou certo", afirma. Unha cadea ciclista pola visibilidade A Golpe de Pedal é unha das organizacións que, xunto con Verdegaia, Adega, Ecoloxistas en Acción e Greepeace, organizan esta tarde, ás 20.30 horas, tres cadeas ciclistas en Vigo para amosar, no seu Día Mundial, a alianza da bicicleta co medio ambiente e na loita contra o cambio climático. A acción, que conta co apoio da Coordinadora ConBici, é unha das que terán lugar de forma simultánea en distintos puntos do territorio estatal. Con elas, as impulsoras queren visibilizar que este medio a "é parte da solución da actual emerxencia sanitaria e climática", promover o seu uso e demandar a ampliación de infraestrurturas específicas. No caso de Vigo, os itinerarios das cadeas partirán do paseo Alfonso XII, praza América e a Porta do Sol. Ademais, en Compostela, a asociación Composcleta, convoca tamén, ás 20 horas, unha xuntanza ciclista na praza da Galiza. |
PRAZA_3209 | Nas derradeiras horas do Reino Unido na Unión Europea, Té con Gotas analiza o inédito escenario que se abre tras o Brexit. O primeiro paso é negociar o acordo definitivo. Dende a Unión levan meses insistindo en que un ano é moi pouco tempo para unha negociación destas características e que fixar o 31 de decembro como data final do período de transición é unha temeridade | O Reino Unido abandona á media noite deste 31 de xaneiro de 2020 a Unión Europea despois de tres anos e medio de axitadas negociacións entre Londres e Bruxelas. Malia ao simbólico da data, a saída non terá un grande impacto na vida da illa, que se internará nun período de transición até o 31 de decembro durante o cal os británicos continuarán dentro do mercado común. A única diferenza é que os seus representantes políticos xa non formarán parte do Europarlamento nin o seu Goberno estará presente na Comisión.A finalidade deste período de transición será negociar un novo acordo comercial que determine as futuras relacións económicas entre ambos bloques. O Reino Unido tratará de buscar un equilibrio entre unha relación comercial fluída e sen tarifas coa UE, o seu principal socio comercial, e unha nova regulación que lle permita asinar novos acordos comerciais máis competitivos con terceiros países.Desde a UE levan meses insistindo en que un ano é moi pouco tempo para unha negociación destas características e que fixar o 31 de decembro como data final do período de transición é unha temeridadeAgárdase unha negociación moi técnica que marcará o futuro dalgúns sectores delicados, como o agropecuario, o do automóbil e o financeiro, que representa un dos motores económicos do país e que ten na City de Londres o seu emblema.Desde a UE levan meses insistindo en que un ano é moi pouco tempo para unha negociación destas características e que fixar o 31 de decembro como data final do período de transición é unha temeridade. A postura do Goberno británico é diferente e confían en que, como o UK parte dunha regulación idéntica á da UE, será máis doado e rápido centrar a negociación sobre aqueles aspectos que se queiran modificar.Os dereitos da cidadanía europea na illa están garantidos, sempre e cando cheguen ao Reino Unido antes de rematar o período de transición. O acordo asinado entre Londres e Bruxelas a finais do ano pasado garante que os dereitos non cambiarán sempre e cando soliciten o Settlement Status, un doado rexistro que se completa en dez minutos desde unha aplicación móbil. No Reino Unido residen arredor de 3,5 millóns de cidadáns da UE e, segundo cifras do Goberno, 2,8 millóns xa están rexistrados. |
NOS_5869 | Os especialistas en Medicina Preventiva do Sergas Antón Acevedo e José Uribe lembran, en conversa con Nós Diario, a necesidade de respectar as distancias físicas de seguridade e extremar as precaucións agora que se flexibilizan as medidas de desconfinamento. O virus segue presente e continúanse a detectar novos contaxios, polo que os encontros en terrazas ou fogares deben acompañarse de precaución. | No primeiro día da fase 1 o comercio local subiu as persianas e algúns bares volveron sacar as cadeiras á rúa. Galegas e galegos achegáronse ás terrazas ou pasaron polas tendas dos seus barrios. Un paso máis na recuperación da cotiandade anterior á pandemia da COVID-19 mais no que, como lembran as profesionais da sanidade pública, cumprir coas recomendacións de seguridade é fundamental. "Temos que seguir as pautas coa máxima precaución, pois seguimos detectando casos a nivel comunitario, o virus non desapareceu co feito de que se estean a levantar as medidas de confinamento", lembra Antón Acevedo, especialista en Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Gardar as apertas Ditas pautas son similares ás aconselladas durante o período de corentena, mais cunha precaución extra agora que se permiten as reunións en grupo ou as ansiadas visitas á familia: gardar as apertas e os bicos, mantendo as distancias físicas, e unha frecuente hixiene de mans. Nos fogares nos que conviven persoas de risco, Acevedo recomenda reforzar a limpeza de superficies, a ventilación dos cuartos e mais a hixiene das mans. A enfermidade transmítese polas gotas expulsadas ao falar, tusir ou cantar, por exemplo, explica José Uribe Por que as distancias? "O virus atópase cómodo na farinxe, na parte posterior da boca, e a enfermidade transmítese polas gotas expulsadas ao falar, tusir ou cantar, por exemplo", explica José Uribe, especialista de Medicina Preventiva da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. De aí a súa importancia, máis tendo en conta que as persoas que non presentan síntomas da COVID-19 si poden contaxiala. "Quen ten febre e outros síntomas xa queda na casa", engade Uribe. O risco cero, salienta este profesional da saúde, é inalcanzábel. A apertura do desconfinamento carrexa un aumento das posibilidades de contraer a enfermidade. "Relaxar as medidas ou calquera despiste poden incrementalas", salienta Antón Acevedo. "Cómpre manter os espazos entre as mesas das terrazas e tamén entre quen senta nunha mesma mesa", engade o especialista da área sanitaria da Coruña e Cee. As máscaras, apunta, son máis efectivas nos espazos fechados, coma os pequenos comercios, ou no transporte público "onde xa son obrigatorias". "Cando saes pasear levala non está de máis, aínda que a inseguridade chega se mantés algún tipo de contacto con quen non convives", apunta Acevedo. Para José Uribe, o problema desta protección estriba na incomodidade que provocan e pola que moitas usuarias retíranas do rostro ou colócana de maneira inadecuado. O risco da exposición aumenta segundo o tempo que nos expoñemos, di Uribe "Está claro que para tomar o café é inevitábel retiralas, mais tamén é certo que o risco da exposición aumenta segundo o tempo que nos expoñemos: se a retiro unha vez para beber da cunca non é o mesmo que se falo durante unha hora coas amizades sen levala posta", engade Uribe. Un posíbel repunte Acevedo explica que no CHUAC non se ten detectado unha maior incidencia da doenza tras as saídas á rúa. "Seguimos nunha tendencia á baixa, na que é fundamental realizar un seguimento epidemiolóxico axeitado", apunta, facendo fincapé no rastrexo dos contactos de persoas contaxiadas. Seguimos nunha tendencia á baixa, na que é fundamental realizar un seguimento epidemiolóxico axeitado, di Acevedo "É complexo de determinar, pois o período de incubación é de dúas semanas", engade Uribe. A circulación do virus baixou, matiza, equiparando os datos de contaxios ou ingresos do escenario actual ao do comezo da pandemia, pero con máis coñecementos e a prevención no foco. Neste panorama, a posibilidade teórica dun repunte está presente. "Acabamos de velo en Corea do Sur ou en China", recorda Acevedo, incidindo na necesidade da "responsabilidade individual" á hora de cumprir os protocolos nestes días. "O virus segue aí", salienta. |
PRAZA_15409 | O pensador bielorruso ofreceu dúas conferencias en Madrid e Barcelona e en breve presentará To Save Everything, click Here, un alegato contra o solucionismo tecnolóxico, a tendencia a pensar que non existe un problema que non teña solución se desenvolvemos unha tecnoloxía o suficientemente innovadora para resolvelo. | Evgeny Morozov non é a persoa máis simpática do mundo. Non o é nas distancias curtas, onde o seu ton seco e brusco e a súa tendencia a non mirar aos ollos parece deixar claro que preferiría estar a facer mil outras cousas antes que charlar contigo, e non o é por vía escrita. A gran maioría dos seus tuits parecen ter o obxectivo de rir de alguén ou humillalo publicamente, e os extensos artigos que publica con frecuencia en grandes medios da prensa internacional (do New York Times a Le Monde Diplomatique ou Slate) adoitan ser variacións do mesmo argumento: hai alguén en Silicon Valley ou nalgún outro recuncho do mundo tecnolóxico cuxas ideas son ridículas, cando non directamente perigosas. Con só vinteoito anos de idade, este bielorruso converteuse nunha voz esencial na discusión sobre o papel político de Internet e as súas capacidades para exercer transformacións positivas e duradeiras sobre a sociedade Pero até os seus opoñentes máis acérrimos, coma o pensador das redes sociais Clay Shirky, non poñen en dúbida a súa brillantez intelectual e estarían dispostos a recoñecer que dalgunha maneira, Evgeny Morozov é necesario. Con só vinte e oito anos de idade, este bielorruso converteuse nunha voz esencial na discusión sobre o papel político de Internet e as súas capacidades para exercer transformacións positivas e duradeiras sobre a sociedade. Nun momento en que a visión progresista e politicamente correcta da Rede é que os seus efectos son universalmente beneficiosos e que non hai industria ou goberno que non sexa capaz de mellorar, Morozov asumiu o papel ingrato e augafestas de lembrarnos que nin as cousas son tan simples, nin hai que crer todo o que din os gurús. Evgeny chegou a España a semana pasada para ofrecer dúas conferencias en Madrid e Barcelona nun momento de transición persoal. Hai máis de dous anos da publicación de O Desengano de Internet, o texto que o situou no debate de ideas sobre a Rede, e aínda faltan algúns meses para que chegue o seu novo título, polo que a conversa se fai complicada. Está aburrido de falar daquilo que o fixo máis famoso, e a súa charla no Círculo de Bellas Artes dentro do ciclo Ciberrealismo é a primeira ocasión en que debulla en público as ideas que contén To Save Everything, click Here. O seu próximo título é unha alegación contra o solucionismo tecnolóxico, a tendencia a pensar que non existe un problema que non teña solución se desenvolvemos unha tecnoloxía o suficientemente innovadora para resolvelo. O seu próximo título é unha alegación contra o solucionismo tecnolóxico, a tendencia a pensar que non existe un problema que non teña solución se desenvolvemos unha tecnoloxía o suficientemente innovadora para resolvelo A tese de O Desengano de Internet é a estas alturas ben coñecida: fronte ás visións utópicas que expoñen que Internet é unha tecnoloxía inherentemente democratizadora capaz de desencadear revolucións e que o ciberactivismo é a máis efectiva forma de acción política hoxe, Morozov expón que a Rede é tamén o mellor amigo das ditaduras totalitarias, capaces de controlar a vida dos seus cidadáns e monitorizar a súa actividade diaria nun grao de detalle que non era posible até agora. Igualmente as grandes corporacións tecnolóxicas, que frecuentemente se presentan a si mesmas como garantes da liberdade de expresión, non teñen problemas en colaborar con estas ditaduras se os seus intereses comerciais o xustifican. E en calquera caso Internet non pode ser ningunha panacea cando a autoridade controla a súa infraestrutura e pode limitar o acceso da súa poboación a esta, como vimos moi recentemente en Siria. O perigo do Ciberutopismo para Morozov reside en que tanto gobernos democráticos coma activistas asumisen de maneira acrítica ese relato liberador da Rede. Por unha banda, fomenta un internetcentrismo que acaba situando a Rede e os seus modos de facer como modelo universal, como medida de todas as cousas. As grandes corporacións tecnolóxicas, que frecuentemente se presentan a si mesmas como garantes da liberdade de expresión, non teñen problemas en colaborar con estas ditaduras se os seus intereses comerciais o xustifican "Internet é unha fonte de comparacións e de metáforas que adoitan ser erróneas e que non xulgamos de maneira suficientemente crítica. Tendemos a celebrar o éxito de Wikipedia sen necesariamente comprender como funciona en realidade, rendéndonos aos relatos míticos da súa creación. E non é que de súpeto os impulsores de Wikipedia activasen un software que calquera podería utilizar e maxicamente apareceron os resultados. Fixo falta moito traballo organizativo, moito esforzo para desenvolver as normas adecuadas para que funcionase, e probablemente resultaría imposible recrear ese éxito no contexto doutros proxectos". Entre os discursos que Morozov denuncia no seu novo libro está a noción en auxe de tecnoloxías intelixentes ou smart, que prometen solucionar, por exemplo, o caos da xestión urbana a través de sensores e redes de transmisión de datos que converterán automaticamente as nosas cidades en eficientes. Xunto a outros conceptos supostamente revolucionarias como a gamification, a introdución das mecánicas dun xogo no ámbito da empresa, ou a autocuantifiación -o rexistro metódico dos nosos hábitos para coñecernos mellor a través dos nosos propios datos- estas ideas son produto dunha ideoloxía que parece suxerir que non hai problema que non se resolva cunha app; que a capacidade dos emprendedores e as startups para mellorar calquera aspecto do mundo non ten fronteiras. "Internet é unha fonte de comparacións e de metáforas que adoitan ser erróneas e que non xulgamos de maneira suficientemente crítica" Morozov é crítico até o bordo do insulto co pequeno núcleo de gurús e analistas da tecnoloxía que producen e inflan estes discursos. A finais do ano pasado escribiu unha longuísima demolición da popular conferencia TED e o seu modelo intelectual, e publica regularmente críticas, de cando en cando positivas, das últimas novidades editoriais que celebran a capacidade de innovación sen límite que emana da Rede. "O problema está nun determinado círculo de pensadores que se protexen entre si e nunca se critican mutuamente. E tamén na baxísima esixencia intelectual deste medio; parece que na análise de Internet se permiten afirmacións que non se consentirían en ningunha outra disciplina". "Esa cousa que chamamos Internet non existe" "O problema está nun determinado círculo de pensadores que se protexen entre si e nunca se critican mutuamente. E tamén na baxísima esixencia intelectual deste medio; parece que na análise de Internet se permiten afirmacións que non se consentirían en ningunha outra disciplina" Morozov detesta que o tachen de ludita inimigo da tecnoloxía. Parécelle unha caracterización fácil que non se corresponde nin coa súa actitude persoal nin coa súa posición intelectual. Mentres outros coñecidos críticos do ideario de Silicon Valley como Nick Carr ou Andrew Keen parten de posicións nostálxicas cando non reaccionarias, o proxecto do pensador bielorruso ten máis que ver con cuestionar e pór en solfa moitas das verdades que damos por universalmente recoñecidas sobre a natureza da Rede. Para Morozov Internet máis que unha tecnoloxía é un mito, cunhas orixes históricas e políticas moi determinados, e mentres non sexamos conscientes deles estaremos encerrados nun paradigma erróneo. "Sobre a infraestrutura física da Rede, os cables e os routers, construímos unha criatura mítica á que dotamos de certas calidades. Algunhas delas reflicten certas ideas sobre a modernidade, a fin da guerra fría, a fin da historia, e tamén coa nosa fascinación por certos proxectos de éxito en Internet como Wikipedia ou o Software de Código Aberto. Por suposto ignoramos o número moito maior de proxectos que fallaron e que non afectaron ao noso mito sobre Internet". Necesitamos outra maneira de entender este conxunto disperso de tecnoloxías distintas que agrupamos baixo a etiqueta a Rede? "Sería bo forxar outro concepto que non estivese enraizado en relatos míticos coma o ciberespazo, a dixitalización, ou a idea de que hai unha realidade online e outra offline. Todas esas ideas son produtos da historia, non verdades ontolóxicas sobre como funciona o mundo. E é horrible, porque lévannos a discusións bizarras coma se estar conectado é malo para o cerebro e estar desconectados é bo. Se mañá decidísemos deixar de pensar que existen estas categorías de online fronte a offline todo seguiría igual, o mundo non se pararía". "O interese actual pola infraestrutura da Rede é boa noticia, o que pasa é que moita desa infraestrutura é invisible, porque está feita de código. Podes ver fotos dos Data Centers de Google pero non dos seus algoritmos, ou do seu código" Con todo, até este escéptico sen límite ten que acabar aceptando que están a cambiar cousas sobre a nosa visión de Internet, probablemente para mellor. As máis recentes visións utópicas de Internet, como a idea da Nube, están a deixar paso a unha comprensión máis literal e materialista de que é a Rede en realidade. A publicación este ano das fotos dos Data Centers de Google, que mostraban por primeira vez en público como son as instalacións que manteñen os nosos servizos dixitais en funcionamento, supoñen un modesto fito. "O interese actual pola infraestrutura da Rede é boa noticia, o que pasa é que moita desa infraestrutura é invisible, porque está feita de código. Podes ver fotos dos Data Centers de Google pero non dos seus algoritmos, ou do seu código. Pero é san que nos esteamos afastando da retórica da nube e nos acheguemos a visións máis rigorosas de como todos eses cables están conectados." |
PRAZA_11971 | Cando para salvar a democracia hai que apostar polos barrios e as prazas en contra do actual réxime de partidos, a folga ten que ser tamén reinventada. Máis aló das vellas fábricas e dos sindicatos, a folga consistirá nunha paralización das conexións metropolitanas, así como unha apropiación produtiva do seu tecido. O que onte foron os proletarios, hoxe o son os precarios, os migras, o cognitariado. A metrópole, física e virtual, é a nosa fábrica. | "Un pequeno paso para o home,un gran salto para a humanidade". Así foi como Neil Armstrong amplificou o fito da conquista da Lúa, colonización dun novo espazo para o Imperio. O poder visual desa ocupación engaiolou a medio mundo, como tamén o fan as imaxes satélite que reconstrúen o mapa nocturno da nosa Terra. Cada punto representa a iluminación dunha cidade. O conxunto amosa a distribución xeográfica da constelación postmetropolitana e mesmo pode ser unha cartografía da condensación enerxética do poder. Nesta nova Cosmopolis de cidades globais converxen simultaneamente procesos de desterritorialización e reterritorialización. A revolución tecnolóxica dos medios de comunicación derrubou os vellos límites cidade/campo, centro/periferia, interior/exterior. Empresas transnacionais seguen o carro da deslocalización da produción trasladando a man de obra a rexións menos desenvolvidas, pero concentrando o traballo non material e o núcleo de comando nalgún punto desa constelación de cidades globais, producindo o que Saskia Sassen sinalou coma novas xeografías da centralidade. As nosas cidades teñen mudado privilexiando a construción de grandes centros comerciais, recluíndo a cultura en museos e fundacións privadas, transformando a paisaxe urbana para prosperar no ranking e seducir o turista de asfalto. Especulación inmobiliaria, procesos de densificación e xentrificación, segregación urbana e guetización. Crises das institucións disciplinarias que modulaban os modos de vida da etapa fordista. Xa non hai traballo para conter a vida. Esta desbordouse nese espazo aberto que é a cidade posibilitando a emerxencia de novos dispositivos de seguridade que xestionan o risco. A finais dos 70´ Richard Sennett advertira sobre a decadencia e progresivo declive da vida pública nas cidades como consecuencia dunhas reformas neoliberais que supoñían a mercantilización e privatización do espazo público. A cidade é ese espazo que a moitas nos tocou habitar e que sempre foi visto como terreo de liberdade e autonomía individual, pois posuía unha capacidade infinita de enunciación de promesas vinculadas á idea de progreso, individual en canto a autodesenvolvemento e colectivo en canto a capacidade de xeración de imaxinarios nos que o individuo sempre mantiña a súa especificidade. Vivir na cidade era escapar das ríxidas codificiacións do modo de vida campesiño, mergullarse nos fluxos mercantís e expoñerse ós vapores das tabernas disolvendo as identidades tradicionais que nos ataban á gemeinschaft. O 15 de maio do 2011 producíase un xaque ó complexo institucional e corporativo que estaba a xestionar esta reestruturación económica e espacial. Os cyberactivistas facían corpo ensamblando coñecementos e prácticas coas xentes da praza. O #15M aparecía en escena desafiando o urbanismo ortodoxo trazando novas xeometrías e invertendo o significa das nosas prazas . As primaveras árabes, o #15M e #Occupy utilizan unha lóxica de reprodución fractal. Un fractal é un obxecto que repite a diferentes escalas a súa estrutura fragmentada e irregular. Que é construír máis que acelerar a vida dun lugar? A forma na que se producía este ataque á centralidade, acampando, amosaba como a conquista dese espazo público é de vital importancia para a democracia. Unha praza non é praza ata que é construída pola xente cos seus diálogos, os seus afectos e interaccións. Transcorreron xa nove meses dende a irrupción nas nosas cidades do movemento #15M. Se ben é certo que xurdiron iniciativas como as de La Marcha Indignada ou Rurales enREDadxs co obxectivo de estender o movemento no medio rural visibilizando e revalorizándoo, promovendo formas de vida sostibles o redor de proxectos agroecolóxicos, o movemento revelouse coma fenómeno eminentemente urbano. Tanto é así que probablemente poderíamos sinalar a #vdevivienda ou #stopdeshaucios coma apéndices visibles do movemento que máis actividade e continuidade amosaron. O pasado 8 de febreiro a plataforma pola mobilidade, integrada por diversos colectivos da Coruña e da que participa a Rede de Asambleas do 15M da Coruña, ocupaba as distintas liñas de bus transmitindo necesidade dun transporte público que minimice os problemas de mobilidade ruído e contaminación. A batalla polo espazo apenas comezou. O movemento interpretou perfectamente a necesidade contemporánea de lograr espazos de autogoberno e autonomía. O movemento saberá ler tamén como cortocircuitar os dispositivos do poder. Cando para salvar a democracia hai que apostar polos barrios e as prazas en contra do actual réxime de partidos, a folga ten que ser tamén reinventada. Máis aló das vellas fábricas e dos sindicatos, a folga consistirá nunha paralización das conexións metropolitanas, así como unha apropiación produtiva do seu tecido. O que onte foron os proletarios, hoxe o son os precarios, os migras, o cognitariado. A metrópole, física e virtual, é a nosa fábrica. Se Heidegger definiu a relación entre ser e tempo coma un dos principais problemas para a filosofía de principios do século XX, hoxe, neste mundo globalizado, o problema desprázase á nosa relación co espazo. |
PRAZA_20512 | Como feministas e militantes de Podemos, sabemos que a regulación dos ventres de aluguer non é unha demanda social senón que obedece ao interese por abrir un novo mercado que se prevé moi beneficioso para as empresas intermediarias. | O partido Ciudadanos acaba de presentar unha Proposición de Lei para regular o que eles dan en chamar "Dereito á xestación por subrogación". Moito se leva escrito sobre que nome é o máis axeitado para definir esta práctica reprodutiva. Ventres de aluguer, sen dúbida é o máis entendible, aínda que non é de todo exacto xa que na xestación subrogada non se aluga por nove meses só o ventre da muller. Alúgase por moito máis tempo o corpo enteiro. Alúgase a muller no sentido amplo da palabra, por un espazo superior aos nove meses. Á xestación propiamente dita temos que engadir o período de preparación e o postparto, este último estado que parece que se pasa por alto e que todas as mulleres que parimos sabemos perfectamente que é un período complicado que pode deixar secuelas e pode tardar un tempo indeterminado en superarse. Ademais de escravizar á muller, estabelecendo por contrato entre outras condicións que pode comer e que non ou limitando os seus movementos e controlando a súa vida sexual, debemos engadir a compra do bebe xestado. A proposta do partido laranxa fala do dereito á maternidade-paternidade. Ser nai ou pai é un desexo, lexítimo, pero un desexo, que non se pode contrapor aos dereitos das persoas. Querer ter un fillo ou filla xenético tampouco é unha necesidade. Neste punto podemos pór na balanza o tema das adopcións. Os nenos e nenas nadas que teñen dereito a ser atendidas, educadas, queridas por pais e nais que necesitan ver realizado o seu desexo de maternidade-paternidade. É certo que temos un sistema de adopcións pouco áxil, burocrático, complicado e caro pero debemos incidir para que se lexisle facilitando todos os trámites, acortando os tempos de espera e conxugando os dereitos fundamentais das nenas e nenos cos desexos das nais e pais que queren formar unha familia. O dereito a decidir da muller sobre o seu propio corpo e a súa maternidade. Anos de loitas feministas custou conseguir que a muller teña dereito a decidir sobre o seu propio corpo e a súa maternidade. No contrato de subrogación que propón Ciudadanos, a muller xestante renuncia a estes dereitos, co compromiso de reprimir as emocións e afectos que poda chegar a sentir polo neno ou nena que enxendra, como se dunha máquina se tratara. Non é ela a que toma as decisións. Coa sinatura do contrato, a muller debe someterse a unhas duras exixencias. Renuncia ao dereito a arrepentirse durante o proceso de xestación e deste xeito ao dereito ao aborto. Os dereitos individuais son irrenunciables e intransferibles, os das mulleres tamén. Altruísmo con compensación económica O partido de Rivera intenta enmascarar unha situación mercantil alegando á boa vontade das mulleres xestantes, que recibirán unha compensación económica para gastos varios. Falacia para intentar colar ás empresas intermediarias que sacarán beneficios económicos e protexer ao mesmo tempo o modelo capitalista e patriarcal que fomenta a desigualdade de xénero. Como feministas e militantes de Podemos, sabemos que a regulación dos ventres de aluguer non é unha demanda social senón que obedece ao interese por abrir un novo mercado que se prevé moi beneficioso para as empresas intermediarias. Podemos é un partido de esquerdas para o que a igualdade de xénero é un eixo fundamental e o sistema capitalista un lastre. |
PRAZA_15489 | A plataforma veciñal contraria á mina e colectivos ecoloxistas denuncia que a Declaración de Impacto Ambiental da Xunta está "feita á medida" da empresa explotadora e que "asume as súas teses" sen cuestionar os riscos e eivas do proxecto. Adega alerta dun futuro "Aznalcóllar" na Cabana de Bergantiños. | A Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto mineiro segue recibindo duras críticas. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto cualifica de "chapuza" un documento que cre "feito á medida da empresa", ao igual que Adega, que considera que o documento "pasará aos anais dos despropósitos ambientais cometidos pola Xunta". Para a organización ecoloxista, a DIA "asume as teses da empresas sen cuestionar os graves riscos e eivas do proxecto", unha crítica na que coincide coa veciñanza contraria a esta xigan infraestrutura prevista na Cabana de Bergantiños. O informe asume e defende a corta a ceo aberto, o uso de cianuro ou a ausencia dun plano de emerxencia "Máis da metade desta DIA é un corta-pega literal do proxecto entregado por Edgewater, co que a Xunta asume como propios os argumentos da empresa", lembra Adega, que destaca como o informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental defende e argumenta prácticas como a corta a ceo aberto, o uso de cianuro, a categorización errada dos refugallos, a ausencia dun plano de emerxencia ou a non avaliación dos riscos sísimos. Ademais, o colectivo ecoloxista alerta de que a Xunta "non se preocupa de verificar" a posible contaminación con arsénico do río Anllóns que foi denunciada por outras organizacións, ao tempo que evita facer referencia a un recente estudo da Universidade de Vigo e do CSIC no que se advirte dos elevados niveis de arsénico na cunca deste río a raíz dos antigos labores mineiros e a pequena escala na zona de Corcoesto. "Se unhas galerías antigas e cativas son quen de deitar 850 quilos de arsénico cada ano ao esteiro do Anllóns, que forma parte da Rede Natura 2000, que fará unha enorme mina a ceo aberto de máis de 1 millón de metros cuadrados?", pregúntase Adega. "Se unhas galerías antigas e cativas son quen de deitar 850 quilos de arsénico cada ano ao Anllóns, que fará unha enorme mina a ceo aberto de máis dun millón de metros cuadrados?" Do mesmo xeito, a organización ecoloxista destaca que a DIA "non cuestiona en absoluto nin o método de explotación nin o de extracción do ouro, o que implica a corta a ceo aberto fronte á minaría soterrada, moito menos impactante, así como a cianuración fronte á tiourea, bromo-bromuro e outros métodos menos perigosos. Segundo Adega, a Xunta obvia a resolución do Parlamento Europeo de 5 de maio de 2010 sobre a prohibición do uso das tecnoloxías mineras a base de cianuro na UE; non obriga a empresa a constituír unha garantía financeira fronte a possibles accidentes (Decreto autonómico 455/1996, de 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental); non discute a catalogación dos refugallos mineiros (que non son considerados perigosos pola empresa malia os altos niveis de arsénico); e non obriga a Edgewater a redactar un Plano de Emerxencia Exterior fronte aos riscos de verteduras tóxicas accidentais para a saúde e o ambiente. "O máis grave é que o documento non di nada do impacto socioeconómico da actividade mineira na comarca" Aínda así, a Plataforma en Defensa de Corcoesto destaca nun comunicado que "o máis grave da DIA é a inexistencia dun estudo do impacto socioeconómico que reflicta con total claridade a magnitude da afectación da actividade mineira á base socioeconómica dos concellos afectados". Así, a DIA non recolle que a superficie forestal afectada pola explotación mineira "está dedicada a silvicultura intensiva para a produción de madeira de primeira calidade para a industria de primeira transformación", nin repara en que a superficie forestal de Corcoesto "forma parte da base territorial das numerosas explotacións gandeiras da parroquia e por tanto computable aos efectos de obter subvencións derivadas da Política Agraria Comunitaria (PAC)". "A importancia socioeconómica do monte en Bergantiños vén avalada pola vixente lei 7/2012 de montes de Galicia", que destaca que na comarca de Bergantiños a actividade forestal figura "entre as tres primeiras actividades industriais por emprego xerado", polo que é evidente a existencia "dun conflito de intereses" entre a actividade mineira e a forestal que non foi avaliada. Para a plataforma, a empresa mineira incorreu en falsidade e ocultación de datos, o que é unha "infracción grave" tipificada por lei. Por iso, acusa a Xunta de "validar esa ocultación e manipulación maliciosa de datos e convértese en cómplice, a sabendas, dese falseamento o que pode ser considerado como un caso claro de prevaricación". Os veciños acusan a Xunta de ser "cómplice" ao "validar a ocultación e manipulación maliciosa" dos datos por parte da compañía A plataforma veciñal advirte tamén que a DIA, malia recoñecer a existencia no ámbito de explotación mineira de hábitats protexidos polas directivas comunitarias, "non establece para eles ningún tipo de protección especial, consentindo a súa destrución". Por outra banda, o colectivo ecoloxista recorda tamén que "á Xunta tampouco lle preocupa que haxa riscos símicos por fallas activas" non suficentemente avaliados que xustificarían a adopción de medidas sismorresistentes nas balsas tóxicas. No entanto, Adega cre que é "particularmente grave" que a Xunta obvie o informe dos investigadores do CSIC sobre os efectos dos antigos labores mineiros. Precisamente, e atendendo a que a DIA prevé que "cando se poña de manifesto calquera outro impacto non considerado se poderán ditar condicións adicionais", Adega esixe a anulación do informe "e que se redacte unha declaración ambiental negativa". A plataforma veciñal, pola súa banda, esixe a Augas de Galicia "que faga o seu traballo e se pronuncie ao respecto". Adega esixe a anulación do informe e que se redacte unha declaración ambiental negativa, mentres que a plataforma pide a Augas de Galicia "que se pronuncie" A plataforma xa advirte que acudirá aos tribunais, "en caso de que a empresa mineira obteña a declaración de proxecto industrial estratéxico e a autorización de explotación", polo que confían en que calquera órgano xudicial, mesmo un xuíz en prácticas, "declarará nulas tódalas actuacións administrativas e resolverá o fondo do asunto a favor dos veciños de Corcoesto". Para Adega, se a Xunta persiste en declarar "compatible coa protección dos valores naturais e da saúde a ubicación dunha bomba ambiental similar á de Aznalcóllar a 140 metros dun espazo natural protexido, sen sequera esixir á empresa que resposte ás graves eivas detectadas no seu proxecto", estaría "sendo cómplice dun dos maiores episodios de contaminación ambiental por actividades mineiras en Europa". "Onde di Corcoesto deberá dicir Aznalcóllar, e onde di río Anllóns deberá dicir río Morto", advirte con dureza Adega. |
NOS_42436 | A taxa de risco de pobreza aumentou case un punto en 2020 na Galiza | A taxa de risco de pobreza na Galiza aumentou 0,88 puntos en 2020, até se situar en 16,11%, segundo a enquisa conxuntural a fogares que publica esta terza feira o Instituto Galego de Estatística (IGE). Esta taxa calcúlase como a porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar de risco de pobreza, que se establece no 60% da mediana de ingresos equivalentes. Para un fogar unipersoal, por exemplo, o limiar en 2020 é de 743,91 euros/mes, mentres que para un fogar composto por dous adultos é de 1.115,87 euros/mes. En 2020, 19,51% da poboación residente na Galiza está en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón un aumento de 0,68 puntos respecto ao ano anterior. Por provincias, a taxa máis alta corresponde a Ourense (18,44%) e a máis baixa a Lugo (13,54%). Con respecto a 2019, aumenta en Pontevedra en 2,13 puntos porcentuais, en Ourense 0,48 puntos e na Coruña en 0,47, e diminúe en Lugo en 0,94. En 2020, 19,51% da poboación residente na Galiza está en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón un aumento de 0,68 puntos respecto ao ano anterior. Por idades, este indicador reduciuse nos grupos de 50 a 64 anos e de 65 ou máis anos e aumentou nos tres grupos restantes: menores de 16, de 16 a 24 e de 25 a 49. Para os sete grandes concellos, Santiago de Compostela e Vigo, con 2.673 e 2.465 euros, son os que presentan o maior ingreso medio mensual por fogar, mentres que o máis baixo corresponde a Ourense (2.290 euros). |
NOS_1727 | O Kremlin ábrese a dialogar se Ucraína depón as armas. Aliás, a OTAN anuncia a despregadura de máis tropas en Europa do Leste. | "Neonazis" China quere diálogo A OTAN anuncia a despregadura de máis tropas en Europa do Leste Case 70.000 ucraínas e ucraínos saíron do país nas últimas 48 horas Millóns de refuxiados Rusia garante a seguridade do persoal da ONU e da OSCE Explosións no Donbass Chernobyl, radiación "sen perigo", din expertos O Goberno ruso mantivo esta sexta feira o seu argumento para xustificar o ataque sobre Ucraína: Occidente "mirou cara a outro lado ante os crimes de guerra contra a poboación civil, os asasinatos de mulleres, crianzas e xente maior". Foi o ministro de Defensa Sergei Lavrov quen incidiu na sexta feira nas acusacións de "xenocidio" no Donbass que Vladimir Putin xa alegara na súa intervención da quinta feira para anunciar a "operación militar especial". Como o presidente ruso, Lavrov tamén criticou Occidente por "incentivar silenciosamente o rápido xurdimento do neonazismo e da rusofobia [en Ucraína], que acabou por mergullar o país no seu actual tráxico estado", segundo recolleu a axencia de noticias rusa Sputnik. É dicir, volveu incidir en que a falta de avances diplomáticos forzou Moscova a lanzar un ataque por terra, mar e aire contra o país veciño. O certo é que as tropas rusas chegaron esta sexta feira á capital ucraína. Kiev foi escenario de ataques durante a noite previa, con impactos nun edificio e varios civís feridos, añinda que Rusia negou de novo ter levado a cabo ningún ataque. Reporteiros dos medios e axencias internacionais desprazados ao país confirmaron os combates entre forzas ucraínas e rusas nas proximidades do Parlamento. Tamén se gravou en vídeo a chegada de vehículos blindados rusos entrando polos distritos norte da cidade. Rusia confirma que os seus soldados entraron en Kiev Entre os combatentes ucraínos, tal e como recolleu a CNN, está o ex presidente ucraíno Petro Poroshenko (2014-2019), un dos homes máis ricos do país. O mandatario ultraconservador financiou en 2014 a revolta do Euromaidán, que finalizou co derrocamento do pro ruso presidente electo Viktor Yanukovich. Poroshenko foi entrevistado nas rúas de Kiev pola canle de TV estadounidense, portando un Kalashnikov (fusil de asalto AK-47). Tamén na tarde desta sexta feira, segundo información facilitada polas autoridades locais, o Exército ruso conseguiu penetrar en Kherson, cidade onde viven unhas 280.000 persoas. "Neonazis" Putin, na xuntanza desta sexta co seu Consello de Seguridade ruso, enxalzou o traballo das tropas rusas; asegurou que a maioría das unidades militares ucraínas ─agás as "milicias neonazis", dixo─ estaban renunciando a combater; e acusou a Kiev de despregar armamento pesado nas cidades e de usar a poboación civil como "escudos humanos". Ademais, fixo un chamamento aos militares ucraínos derrocaren o Goberno de "drogadictos e neonazis". "Non permitan que os neonazis", dixo ás Forzas Armadas, "utilicen os vosos fillos, esposas e anciáns como escudos humanos. Tomen o poder nas súas propias mans". Sergei Naryshkin, director do SVR, a axencia de intelixencia rusa, afirmou na canle Russia-24 que a meta é "restabelecer a paz". "Rusia non pode permitir que Ucraína se converta nun puñal en mans de Washington para brandilo sobre nós", argumentou, e engadiu que "actualmente a única vía é a desmilitarización, a desnazificación e o status de neutralidade do Estado ucraíno". Por último, asegurou que "a operación militar especial restaurará axiña a paz en Ucraína e previrá un conflito a maior escala en Europa". Neste sentido, os servizos de intelixencia de Estados Unidos sosteñen que o obxectivo final é derrocar o Goberno do presidente ucraíno, Volodymyr Zelenskiy, que tamén asumiu ser "o obxectivo número un". Non obstante, asegurou que permanecería en Kiev até o final. Un seu conselleiro asegurou que estaba disposto a estabelecer un diálogo co Kremlin, incluíndo o compromiso de permanecer neutral, exixencia de Rusia previa á guerra. Volodomir Zelenski: "Son o obxectivo número un do inimigo" Porén, Lavrov cualificou a oferta de "mentira" e dixo que non habería conversas até o Exército ucraíno depor as armas. Posteriormente, o Kremlin asegurou que Putin "en resposta á proposta [...] está disposto a enviar a Minsk unha delegación [...] ", segundo recolleu a axencia Interfax. As discrepancias polo lugar ─Kiev propuxo a polaca Varsovia─ fixeron que a proposta non callara, o que levou o Goberno ruso a acusar o ucraíno de non querer negociar, ao tempo que "desprega sistemas de lanzadeira múltiple en barrios residenciais", algo "extremadamente preocupante". China quere diálogo Ademais, o presidente ruso e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, mantiveron unha conversa telefónica, informou a TV estatal chinesa CCTV, que asegurou que Beijing transmitira a Moscova o seu apoio para resolver a crise a través do diálogo. Posteriormente, o Ministerio de Exteriores da China publicou na súa web un comunicado sinalando que "Rusia está lista a negociar ao máis alto nivel coa parte ucraína". "Cómpre abandonar a mentalidade da Guerra Fría, tomar en conta e respectar as lexítimas preocupacións sobre seguridade dos países, e formar, a través de negociacións, un mecanismo equilibrado, efectivo e sustentábel [para asegurar] a seguridade europea", manifestou Xi, citado pola CCTV.Mentres, diferentes organismos internacionais aprobaron esta sexta feira novas sancións. A UE incluíu no seu segundo paquete ─"haberá un terceiro", asegurouse─ a conxelación dos activos do ministro Lavrov e do presidente Putin. Tamén o Consello de Europa decidiu apartar temporalmente Rusia, aínda que deixando "abertas" as "canles de comunicación". Ao respecto, o representante ruso Petr Tolstoi manifestou que o Consello de Europa ─organismo con 47 membros, creado para promover a democracia e os dereitos humanos e o estado de dereito no continente─ non ten sentido sen eles. Sen Rusia "o Consello de Europa é simplemente imposíbel e innecesario" sinalou, segundo recolleu a axencia oficial rusa TASS. A OTAN anuncia a despregadura de máis tropas en Europa do Leste Os líderes da OTAN decidiron esta sexta feira despregar as Forzas de Resposta Rápida co fin de aumentar a defensa dos aliados no marco do ataque ruso a Ucraína. Tras a reunión virtual, o seu secretario xeral, Jens Stoltenberg, anunciou a despregadura destas forzas por terra, mar e aire nos Estados membros de Europa do Leste para responder a "calquera continxencia". Ademais, a OTAN acusou a Moscova de mentir. "Ninguén se debe deixar enganar pola chuvia de mentiras do Goberno ruso", sinalaron os 30 membros nun comunicado conxunto. A OTAN mobilizará tropas arredor de Ucraína Por outra parte, a portavoz do Ministerio de Exteriores ruso, Maria Zakharova, avisou a Finlandia e a Suecia de que a súa adhesión á OTAN comportaría "graves repercusións político militares" que exixirían "unha resposta". As súas palabras chegan despois de que ambos os países nórdicos manifestasen o seu apoio a Ucraína e fosen convidados a participar no cume extraordinario da OTAN en calidade de observadores. "Finlandia e Suecia non deberían fundamentar a súa propia seguridade no dano á seguridade doutros países", declarou Zakarova. Case 70.000 ucraínas e ucraínos saíron do país nas últimas 48 horas O fluxo de persoas que abandonan Ucraína polos pasos terrestres que conectan con países veciños é constante e, tendo en conta as cifras que ofreceron onte os distintos Gobernos, xa serían máis de 67.000 os refuxiados desde o inicio na quinta feira da ofensiva militar rusa. Só a Moldavia chegaron máis de 20.000, segundo a primeira ministra, Natalia Gavrilita. Destes, 386 xa pediron asilo ás autoridades do país. O Goberno decretou o estado de urxencia mais, ao igual que todos os países da zona, aclarou que manterá as fronteiras abertas. "Debemos ser solidarios cos ucraínos", dixo a presidenta, Maia Sandu. Polonia recibiu máis de 29.000 refuxiados. O principal punto de entrada é o paso de Medyka, até onde chegaron numerosas persoas nas últimas horas para recibir familiares ou amigos que foxen do conflito. A Romanía, que tamén comparte parte da súa fronteira con Ucraína, chegaron máis de 10.000 persoas en apenas 24 horas. As autoridades precisaron que non todas queren ficar no país, xa que máis de 3.600 continuaron viaxe con vistas a chegar a outros países. En Hungría, os medios deron conta tamén de longas colas no paso fronteirizo con Ucraína. Segundo o Goberno chegaron un 500 nas últimas horas. Eslovaquia abriu catro centros de acollida na fronteira e despregou efectivos militares para responder ao aumento das chegadas desde o territorio ucraíno. O Ministerio do Interior rexistrou xa unhas 7.500 entradas. Millóns de refuxiados Os case 70.000 refuxiados notificados xa polos países veciños a Ucraína poderían ser só o inicio dun éxodo masivo que, segundo as axencias da ONU para a infancia e para os refuxiados, Unicef e Acnur, respectivamente, ameaza con alcanzar os catro ou mesmo os cinco millóns, en función de como evolucionen os acontecementos sobre o terreo nos próximos días. Unicef expresou a súa preocupación pola situación de 7,5 millóns de crianzas ucraínas, desprotexidas ante esta guerra. Rusia garante a seguridade do persoal da ONU e da OSCE As autoridades rusas aseguraron onte que garantirán a seguridade do persoal das misións de Nacións Unidas e da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) en Ucraína tras a intervención militar. Así o confirmou a portavoz do Ministerio de Exteriores ruso, Maria Zakharova, que sinalou que o Exército adoptará para iso as medidas "correspondentes", segundo informacións da axencia de noticias Sputnik. Non obstante, a OSCE anunciou na quinta feira a retirada pola vía de urxencia de todos os seus observadores de Ucraína como consecuencia dos combates en curso. Despregada nese país desde 2014 tras a insurrección dos dous territorios de Donetsk e Lugansk, a OSCE, á que pertencen tanto Rusia como Estados Unidos, tiña medio milleiro de homes e mulleres en Ucraína, a maioría no Donbass. Onte, este organismo que pretende exercer de mediador entre os Estados membros en tarefas relacionadas coa prevención e xestión de conflitos, reiterou a súa condena á operación militar rusa en Ucraína e expresou o seu "máximo apoio" ao pobo ucraíno e aos seis "líderes electos democraticamente". Ademais, chamou a respectar a integridade territorial e soberanía do país. Explosións no Donbass No seu último informe sobre a situación na rexión en guerra entre o Exército ucraíno e as forzas das repúblicas populares de Donetsk e Lugansk, a OSCE constatou centos de violacións do cesamento do fogo tanto en Donetsk como especialmente en Lugansk e rexistrou un elevado número de explosións. Agresións que se viñeron incrementando desde mediados deste mes e moi especialmente na última semana. O Goberno ruso atribuíu estes bombardeos ás tropas ucraínas, as que acusou de provocar un "xenocidio" co beneplácito de Occidente, principal razón ─sostivo o Kremlin─ para intervir militarmente en Ucraína. Chernobyl, radiación "sen perigo", din expertos O Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA) informou de que o aumento de radiación na antiga central nuclear de Chernobyl, tomada onte por tropas rusas no ataque a Ucraína, está aínda dentro dos valores normais e non supón ningún tipo de perigo para a poboación. Os expertos explicaron que a radioactividade detectada pódese deber a que o paso de vehículos militares pesados pola zona removeu o chan aínda contaminado polo accidente de 1986. |
NOS_40734 | Os estaleiros galegos non teñen garantida esa construción, contrariamente ao que se afirma desde a Xunta desde hai meses e meses. A propia para-estatal mexicana vén de confirmar que hai 11 aspirantes, de diferentes países a facer os dous floteis que a Xunta leva meses vendendo como a salvación do naval galego. | Pois resulta que non só Barreras e Navantia están na lista de escollidos para construír os 2 floteis de Pemex. Malia que Núñez Feijóo e a Xunta levan meses e meses afirmando que todo estaba 'atado e ben atado', a realidade é que hai 11 candidatos a construír estes barcos. Os floteis hanse de adxudicar o 27 de novembro, segundo afirmou a propia petroleira mexicana e recolle o Faro de Vigo. E na lista de aspirantes a ese encargo hai empresas e estaleiros de diferentes países, México incluído. Este dato volve evidenciar que aquel anuncio a bombo e platillo de Núñez Feijóo en plena precampaña electoral estase a esvaecer como o orballo. Non estaba, para nada, garantido que eses floteis fosen construídos en Galiza, ao contrario do que o presidente e conselleiros afirmaban reiteradamente. Desde a oposición política, os sindicatos e tamén desde o cadro de persoal dos propios estaleiros sempre se sospeitou de estes anuncios de Feijóo, pois os mesmos non se sustentaban en ningún documento ou contrato. Feijóo di que os hai, mais negouse a ensinalos, mesmo en sede parlamentar. |
NOS_52915 | Feijóo centra o peche da campaña popular atacando ao resto de forzas políticas durante un mitin en Ourense, acompañado de Manuel Baltar. | O PPdeG pechou campaña atacando ao resto de forzas políticas que concorren ao 20D. O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, chamou a mobilizarse para contrarrestar "aos radicais, aos extremistas, os anti-todo e os contra todo, que xa superaron a PSOE e BNG", en referencia á candidatura de En Marea. Feijóo apelou ao orixe galego de Mariano Rajoy como mellor garantía fronte ao "desinterese" polo país do resto de formacións. "Hai que votar polo presidente ao que máis lle preocupa Galiza", dixo o tamén presidente da Xunta, fronte aos "candidatos que só saen pola televisión". Cualificou a candidatura de En Marea de seudónimo de Podemos, de quen dixo que "o máis parecido que coñecen ao rural galego é o céspede da Complutense". Tamén cargou contra Ciudadanos por "ocultar aos seus candidatos", mentres que dixo que "o PSOE está no seu peor momento" e "os amigos do BNG sobrepasados polas mareas de Podemos. Acompañado polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, confiou en sacar tres dos catro escanos en Ourense. |
NOS_42024 | Catalunya é unha das apostas estratéxicas do Goberno Sánchez para perdurar. Enlamada a negociación orzamental —co pacto entre PP e Cs para bloquear na Mesa do Congreso o levantamento do veto do Senado ao novo teito de gasto—, A Moncloa pon o foco na cuestión catalá. E con mensaxes dirixidas aos sectores soberanistas. | Estes últimos días foron de desgaste para Sánchez, acosado por serias dúbidas por volta da súa tese de doutoramento e polas certezas de copia e pega do seu libro. Nestas circunstancias o manual dos gabinetes de crise prescribe unha brusca mudanza no guión e, se é posíbel, tamén no escenario. E así fixo o inquilino da Moncloa: aproveitou a súa axenda internacional para lanzar mensaxes de pacificación do conflito catalán. E para ir un chisco máis alá da súa recente proposta (asaz vaporosa) dun referendo sobre o autogoberno. Con efecto: o presidente do Goberno español viaxou a Canadá, entrevistouse con Justin Trudeau —un dos referentes da nova socialdemocracia— e pronunciou unha palabra fetiche nos ambientes soberanistas catalás. Quebec. A frase, obviamente calculada, é a seguinte: "Quebec é un exemplo de que a política pode buscar solucións". Ben, significa isto que Pedro Sánchez se abre a negociar un referendo de autodeterminación con Catalunya? Non exactamente porque a seguir o líder do PSOE esclareceu que aínda que o país francófono integrado no estado canadiano é un modelo interesante para "encontrar solucións a unha crise secesionista" o certo é que "cada país ten os seus camiños". Mais o simples feito de pronunciar a palabra Quebec en termos positivos mostra unha disposición ao diálogo inédita até o de agora en Madrid. Item máis: a cuestión dos indultos aos presos soberanistas. Este asunto foi introducido pola delegada do Goberno en Catalunya, Teresa Cunillera, quen se mostrou partidaria do perdón presidencial. Sánchez non a desautorizou. Máis ben ao contrario: "A reflexión da delegada do Goberno, que eu partillo, é que na política española, e especialmente cando falamos da política catalá, falta empatía. Houbo durante anos unha linguaxe grosa, de división. Hai que reivindicar a legalidade, mais se ten botado en falta a empatía. A prioridade é restabelecer a convivencia". Lonxe de improvisar, Sánchez pronúnciase nestes termos após a súa vicepresidenta, Carmen Calvo, ter defendido que os presos soberanistas deberían saír da prisión preventiva —xa logo levan recluídos un ano— na eventualidade de que se dilaten aínda máis os prazos para a fixación do xuízo. Desde a cadea, e nunha entrevista en La Vanguardia, Oriol Junqueras valorou así a política sobre Catalunya de Pedro Sánchez: "A cuestión de Catalunya é o tema máis importante que ten Pedro Sánchez sobre a mesa. Debería ser o primerio interesado en concretar solucións políticas, xa viu que o inmobilismo de Raxoi e a vía xudicial non achegan ningunha solución. Este conflito é político e non xurídico, e Sánchez ten que decidir como o quer resolver". O líder de ERC —que defende o ensanchamento da base de sustentación do proxecto soberanista cunha entente cos sectores partidarios dun referendo, mais non da independencia— evitou menosprezar a proposta de referendo sobre o autogoberno proposta por Sánchez —-"é difícil avaliar unha proposta que ninguén explica que quere dicir exactamente"—, mais en todo caso reafirmou a súa aposta nunha consulta autodeterminista: "É o que aceptan 80 por cento dos cataláns, sexan ou non independentistas". |
PRAZA_16135 | Comparar ás mulleres das fábricas de textís da época coas compañeiras da provincia de Pontevedra de Bershka que hai uns meses estiveron en folga pode resultar interesante e incluso necesario para saber en que melloramos ou canto falta por facer | "Conta a historia das mulleres porque delas nunca se fala". Así comezaba unha presentación de "Non des a esquecemento" libro escrito por Luís Bará e non hai que ser moi consciente para saber que é una realidade. Ocultándoa, ocúltannos una parte de nós, modifícana ao seu antollo e seguen a perpetuar o patriarcado; porque calquer movemento de revolución precisa das mulleres, e en cada revolta seguimos a xogar un papel crucial. Ocultándoa, ocúltannos una parte de nós, modifícana ao seu antollo e seguen a perpetuar o patriarcado; porque calquer movemento de revolución precisa das mulleres, e en cada revolta seguimos a xogar un papel crucial É marzal de 1918 e na comarca de Ferrolterra prende a faísca, as mobilizacións agrarias e obreiras son unha realidade. Estamos nun contexto internacional marcado pola primeira guerra mundial e a revolución rusa, no estado español vívese unha etapa convulsa e en Galiza o movemento nacionalista comeza a estruturarse nas Irmandades da Fala (en Ferrol nacen en 1917) e é a través do nacionalismo que as mulleres galegas reclámanse como suxeito político e comezan a organizarse, tamén pouco a pouco a través do mundo sindical e agrarista. O estado español quere aproveitar o contexto exterior e vende trigo e outras materias primas aos países en conflito, pero desabastece os mercados internos e proliferan "acaparadores" que, no noso país, tentan lucrarse da situación subindo abusivamente os prezos de produtos de primeira necesidade da época coma o pan, o carbón o aceite ou a cera. O gobernador da Coruña prohíbe a saída de trigo para a comarca de Ferrolterra na primeira semana de marzo polo que perigan postos de traballo e é case imposíbel adquirir mesmo pan. As protestas deste mes comezan os días 8 e 9 de marzo na zona de Xuvia (nos concellos de Narón e Neda) encabezadas polas mulleres da fábrica de textís. Intentan reunirse cos alcaldes da zona e ante a negativa protestan nos comercios do lugar tirándolle pedras e tamén diante das casas das persoas ricas. Hai disparos e ás primeiras persoas feridas de bala na cabeza da revolta popular de marzo de 1918: Josefa Naval Luaces e a Rosa Tenreiro Ameijeiras. As protestas deste mes comezan os días 8 e 9 de marzo na zona de Xuvia (nos concellos de Narón e Neda) encabezadas polas mulleres da fábrica de textís Este é o inicio dunha revolta que continuará durante todo o mes e onde a represión vai ser máxima (nove persoas mortas segundo datos oficiosos e incontábeis feridas). Destes días xurdirán Comisións de Mulleres nos concellos en conflito, paros xerais nos asteleiros e no arsenal e en resumo un pobo que reclama dereitos e que non é sumiso. As protestas seguirán en Xuvia, Ferrol, Serantes, Pontedeume, mulleres que asaltan os trens en Maniños e confiscan o que hai neles. As autoridades deciden declarar o Estado de Guerra. Organízase unha manifestación en Ferrol o día 10 ao berro de "Temos fame! Abaixo os acaparodres!" que vai ser dispersada a tiros causando a morte dun neno de 12 anos máis un traballador do arsenal. O suceso desencadena nun mitin en Ferrol con 3000 obreiros preludio dun enterro histórico do traballador do arsenal. A Comisión de Mulleres do concello de Fene obriga ao seu alcalde a asinar unha baixada de prezos mais aínda é un caso aillado. Un día vai marcar a revolta definitivamente: o 13 na feira de Sedes (Narón). O ambiente está moi caldeado e albíscase a traxedia: toda a comarca está mobilizada ese día e nesa parroquia a garda civil de infantería e cabalería acuden á chamada do alcalde, acusado de sere un acaparador (é salientábel que neste lugar veñen de gañar os rexionalistas as eleccións de ideas contrarias a el e aos seus concelleiros) tratando de impór un imposto de consumo abusivo. Comezan as protestas diante da casa do alcalde e dispárase á "multitude" e, como consecuencia, caen sete persoas mortas e multitude de feridas. Ao día seguinte, parte desde Ferrol unha nova manifestación de xente obreira (6.000 segundo as crónicas da época) para levar unha coroa ata Sedes en homenaxe. As autoridades deciden declarar o Estado de Guerra. Organízase unha manifestación en Ferrol o día 10 ao berro de "Temos fame! Abaixo os acaparodres!" que vai ser dispersada a tiros causando a morte dun neno de 12 anos máis un traballador do arsenal Hai máis mobilizacións e a prensa deixa de ter comunicación coa zona en conflito (é interesante ver coma dous xornalistas da Voz de Galicia contan como tentaron achegarse en tren á comarca e pensaron que non darían dado volta pola intensidade da revolta). A partir de aquí a censura fai que só teñamos conta de persoas feridas e declaracións en xuízos (maior parte de mulleres que foran detidas) ao que titulan como o "problema de subsistencias". Conseguiron obxectivos: os alcaldes de Ferrol e Narón víronse obrigados a dimitir xunto co xefe da garda municipal e foron quen de baixar os prezos. A represión, incluso baixo a censura, móstrase terríbel, nada sabemos da multitude de feridas durante a revolta e o que aconteceu despois mais podemos imaxinala grazas unha estampa na portada d´A Nosa Terra que debuxa Castelao onde un león do parlamento de Madrid é atravesado por unha espada inscrita cun "Viva España" e unha frase lapidaria para definir o debuxo "ollando aos patrioteiros españois, vense cousas que arrepían". "A nosa Terra" tamén se fai eco en páxinas interiores do que está a acontecer. A memoria existirá e en 1933 na parroquia de Sedes colócase un monumento (que será derrubado na dictadura franquista) en memoria do acontecido e, unha crónica da época, fala de que foi un acto masivo. Conseguiron obxectivos: os alcaldes de Ferrol e Narón víronse obrigados a dimitir xunto co xefe da garda municipal e foron quen de baixar os prezos Temos neste episodio unha revolta silenciada para que primeiro tiveramos medo e logo como pobo foramos incapaces de lembrar. De feito até hoxe as referencias foron escasas: un poema de Manuel María, algun libro do movemento agrarista que menta o acontecido en Sedes, un artigo de Francisco Rodríguez (e arquivo xornalístico que gardou da época), estudos de Laura Tato... mais é preciso facer xustiza por toda a xente que loitou por mellorar as condicións de vida dun país e dunha comarca que sufría as consecuencias de sermos unha colonia. Para iso nace a Comisión Revolta Popular, Marzo 1918, con persoas organizadas en toda Ferrolterra para conmemorar o seu centenario neste ano que entra, sabedoras que para afrontar o futuro hai que lembrar o pasado e loitar no presente. Porque hoxe os acaparadores aínda existen e destrúen a nosa cultura, patrimonio, modo de vida mais esquecen que a fame non crea súbitos e súbitas. Comparar ás mulleres das fábricas de textís da época coas compañeiras da provincia de Pontevedra de Bershka que hai uns meses estiveron en folga pode resultar interesante e incluso necesario para saber en que melloramos ou canto falta por facer Salientábel é que foran as mulleres as precursoras e as protagonistas da Revolta, dalgunha maneira as crónicas da época intentan con isto infravalorar a revolta, o patriarcado non nos considera persoas. Clara Zetkin escribiu en 1918 que "o que fixo o traballo da muller especialmente atractivo para os capitalistas non só era o seu prezo máis baixo se non tamén a maior submisión". Comparar ás mulleres das fábricas de textís da época coas compañeiras da provincia de Pontevedra de Bershka que hai uns meses estiveron en folga pode resultar interesante e incluso necesario para saber en que melloramos ou canto falta por facer. Porque non ser submisas parece que sae caro mais a liberdade nunca ten prezo e coñecer esta historia de mulleres bravas e valentes e o pobo que se uniu a elas faise necesario, para que os acaparadores non se sintan vencedores dunha historia que non só quixeron esnaquizar con silencio se non tamén con violencia. As persoas optimistas sempre atopamos unha xanela onde seguir a abrir paso a un futuro digno, como o que conquistaron en 1918 e que nos quixeron borrar da memoria. Teñen medo que continuemos mais sabemos que para conquistar utopías primeiro hai que soñalas En Galiza desde logo transformouse a realidade coa Revolta popular de marzo de 1918 e os compañeiros de loita tomaron nota: Antón Vilar Ponte rememora estes sucesos nun artigo escrito na segunda república e é quen de presenciar como na primeira asemblea das Irmandades da Fala aproban o Manifesto Nacionalista de Lugo onde se reclama por vez primeira "a igualdade de dereitos para a muller". A faísca prendeu daquela e coñecendo os feitos estamos máis preto de que prenda hoxe no pobo galego. As persoas optimistas sempre atopamos unha xanela onde seguir a abrir paso a un futuro digno, como o que conquistaron en 1918 e que nos quixeron borrar da memoria. Teñen medo que continuemos mais sabemos que para conquistar utopías primeiro hai que soñalas. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' border='0' alt='' /></a> |
NOS_46652 | O ex vicepresidente da Xunta e presidente da Fundación Castelao ve o proxecto necesario "para coñecer o país no que estamos" e poder "construír o futuro" | "Non é que O Diario Galego poida aportar nada, é que é absolutamente necesario para coñecer o país no que estamos". Así de contundente é Carlos Mella nas súas declaracións cando é cuestionado sobre a pertinencia dun diario en papel e en galego. O proxecto marcaría un fito ao se tornar no único diario en galego nos quiosques. Mella reflexiona sobre o potencial deste espazo informativo do país e para o país. "A palabra ten poder de creación, mais a palabra escrita é unha palabra pensada. Polo tanto, a realidade queda espetada nela e podemos coñecer o futuro perfectamente, sen esquecementos interesados. Necesitamos, pois, ese instrumento, coñecendo ben o pasado para construír o futuro", explica. Un espazo de discusión e non un campo de batalla. Tirando proveito dun símil futbolístico, o político e escritor declara que desexaría contar cun "xornal para afeccionados e non para 'hooligans'", un Diario Galego que puidese abrir "as fiestras da comprensión e do coñecemento exacto da realidade". |
NOS_10168 | Carlos Méixome, da man de Laiovento, volve cun novo volume sobre a represión na Galiza, 'O terror nas Tebras e outras catas na memoria'. Após o seu traballo arredor da represión franquista no Val Miñor, achégase agora ao Baixo Miño en busca de da historia esquecida das vítimas. | Comeza o seu volume O terror nas Tebras e outras catas na memoria analizando a represión no concello de Tomiño, que destacaría da mesma? Por unha parte, e de aí a referencia ás dúas Tebras, nestas dúas parroquias tomiñesas, apareceron un total de 11 cadáveres, que teñamos documentado. Moitos outros apareceron esparexidos e coa sensación de que o número foi maior do que temos documentado. Pero tamén porque neste concello residían algúns dos principais líderes republicanos que foron quen de argallar unha certa resistencia aos sublevados. A Guarda non a tomaron até o 28 de xullo. En Tomiño residía Antón Alonso Ríos e personaxes tan destacados como Paquiño de Figueiró ou o mestre de Forcadela, Hipólito Gallego e as mulleres dos dous primeiros, Izaura Gomes e Josefina Segret. Teño a impresión de que no Baixo Miño, as forzas frontepopulistas eran moi dominantes e aí terían un papel de relevo os agraristas de Tomiño, vinculados ao galeguismo, que se entendían tanto cos obreiristas, libertarios e galeguistas da Guarda, como con abastados propietarios, tamén galeguistas, como Brasilio Álvarez, e arrastraron os agraristas dos Tabagóns, colaboraron cos republicanos, socialistas e comunistas de Tui e, de modo especial, cos cenetistas encabezados por Gumersindo "o panadeiro". Estas complicidades permitiron argallar unha férrea resistencia, posíbel, tamén, pola participación dos carabineiros e de parte da dotación do Cabo Fradera. Por iso a represión foi tan brutal. Na súa viaxe polo terror nas terras do Baixo Miño fai un parada en Mos. Que lle chamou a atención da represión neste concello? O caso de Mos chamoume a atención pola sádica reiteración dos asasinatos nun mesmo lugar, ao lado do cemiterio. Quíxenlle dar ao libro un ton de implicación porque o libro exerce tamén o que poderiamos chamar "memoria do memorialismo", en especial no breve capítulo dedicado a Mos o no centrado na actividade memorialista no Val de Miñor, aínda que tamén estea trufado de investigación documental. O estudo sobre os campos de concentración franquistas na Galiza segue a ser materia pendente. Que papel desenvolveu no conglomerado penitenciario fascista o campo de concentración do mosteiro de Oia? En efecto, os campos de concentración, abundantes, non están aínda ben investigados pero xa hai traballos sobre algúns deles. O papel dos campos de prisioneiros na Galiza foi salientábel, es especial tras a caída da fronte do norte en mans dos sublevados, e non se reduce só ao caso de Camposancos. O do convento de Oia funcionou en dúas ocasións; a primeira como auxiliar de Camposancos, do que apenas temos referencias; a segunda, entre febreiro e agosto de 1939, tras a caída de Catalunya e da que temos algunha información. Foron miles de presos os que por alí pasaron neses meses. Outro asunto sen estudar son os campos de traballo, como o de Monteferro en Panxón (Nigrán). Malia a ser o Baixo Miño o obxecto central dos estudos, non se esquece do Val Miñor para falar dos vitimarios. Por que un traballo específico sobre a actuación da Falanxe da Ramallosa na represión? A Falanxe da Ramallosa era un tanto especial, xa que abranguía non só o temo municipal de Nigrán, senón tamén parroquias baionesas e ademais gondomaresas. Pola súa extensión ten unha importancia determinante. Partíamos da idea de que tanta represión non puido ser cousa dun pequeno grupo de malvados, que é o que nos chegou a través da memoria oral, o perverso cabo Pena de Baiona. Tiña que haber tanto redes de informantes, vixiantes, chivatos, como un amplo número de colaboradores: os afiliados á Falanxe, a actuación dos seus xefes locais, Fandiño e Roade, así como o determinante papel da extrema dereita monárquica no deseño das novas elites franquistas, cun rol central o cura de Sabarís, José Gómez. |
NOS_38830 | A recén inaugurada Asamblea de Mulleres de Compostela, 'Mugre' (Mulleres Galegas Rebeldes e Engraçadas) e a campaña 'Cárcere = Tortura', reivindicaron hoxe o traslado a Galiza da presa Noelia Cotelo, nunha concentración realizada na compostelá praza do Toural. | A recén inaugurada Asamblea de Mulleres de Compostela, 'Mugre' (Mulleres Galegas Rebeldes e Engraçadas) e a campaña 'Cárcere = Tortura' reivindicaron hoxe o traslado a Galiza da presa Noelia Cotelo, nunha concentración realizada na compostelá praza do Toural. Con motivo da inminente revisión da súa condena, unha maré solidaria exixiu a volta a súa terra da rea coruñesa recluída no penal de Brieva, Ávila. Tras dúas folgas de fame consecutivas en protesta polos abusos sexuais que denunciou ter sufrido por parte dun funcionario, que inda traballa no módulo de mulleres en primeiro grado, a saúde de Noelia Cotelo é extremamente fráxil. Nun manifesto asinado conxuntamente polas organizacións convocantes, os manifestantes denunciaron "a complicidade" coa que médicos e xuíces, afirman, esconden os "maus tratos, torturas e abusos" que sofren @s pres@s no sistema penitenciario do estado español. Exixiron, ademais, pór fin "as vexacións e ataques sexuais" e prohibir a presenza de carceeiros varóns nos módulos de mulleres. Baixo o lema de que "a pobreza non pode ser castigada coa prisión", os colectivos de apoio ás persoas presas reivindicaron rematar coa dispersión carceraria, ben como coma pór fin ás reiteradas mortes baixo custodia, amparadas nas "neglixencias médicas" e no "odio e violencia" cos que, parodoxalmente, se pretende levar a cabo a súa reinserción. Xornadas no Colexio de Avogados de Santiago de Compostela O vindeiro venres 22 e o sábado 23 de marzo, terán lugar no Colexio de Avogados de Santiago de Compostela unhas xornadas organizadas conxuntamente pola 'Coordinadora para a Prevención da Tortura' e 'Esculca' baixo no nome ''Cámara escura: Novas políticas de violencia institucional'. Sexta feria, 22 de marzo: 16:00 : Presentación. Jorge del Cura (CPDT) e Fernando Blanco (EsCULcA)16:30-18:00: "Crise, recortes e (nova) situación penitenciaria". Alejandro Forero (OSPDH Universidade de Barcelona ) e Dani Jiménez (ASAPA). 18:00-18:15. Descanso. 18:15-19:00. "Apuntes dende a práctica do alcance dos recortes por colectivos sociais de traballo penitenciario; Programa de autoaxuda". Iman Cedro (Antón Bouzas), Foro Galego da Inmigración eGrupo de Apoio á Campaña contra as Torturas. Conduce. Rosa Verdugo (Esculca). 19:00-20:00. Debate. Conduce Grupo 17 de Marzo (Andalucía). Sábado, 23 de marzo: 10:00: Presentación:Lluisa Domingo (Coordinadora Catalá). 10:15-10:45: "Situación das cadeas e liberdades na rúa". Guillermo Presa (EsCULcA). 10:45-11:15. "Resistencia galega ou a armadilha do estado de exceçom permanente". Borxa Colmenero (EsCULcA). 11:15-12:00. "Exemplos, interferencias e medios de comunicación". Mikel Zuloaga e Carlos Barros. Conduce Elvira Souto, (EsCULcA). 12:00-12:15. Descanso. 12:15-13:00. "Asociacións de apoio a persoas imputadas por feitos de violencia política", De Volta a Loureda e Que Volten a Casa. 13:00-14:00. Debate. Conduce:Pilar Zato (EsCULcA). Solidariedade con Charo Lopes Aliás, convócase unha concentración de apoio á independentista galega Charo López que, o 2 de abril ás 12 horas, acudirá aos xulgados de Pontevedra para se enfrontar cunha petición de pena de cárcere de cinco anos por desordes públicos e danos. |
NOS_24019 | Nas cartas remitidas a Xosé Manuel Beiras por est@s afiliad@s que marchan afirman que ese pacto invalida á formación como "alternativa nacionalista de esquerdas" e lamentan que se puxese "ao servizo do PCE". | Catro militantes de Anova en Vigo decidiron abandonar a formación por entender que o pacto con IU para as europeas ("integración de Anova en IU") supón rachar coa liña e compromiso co que esta formación nacionalista naceu. Entre eses catro militantes atópanse, segundo informa La Voz e Atlántico Diario, Xabier Toba, ex-concelleiro do BNG e un dos fundadores de Anova na cidade olívica; Helena Pérez (que estivo na Coordinadora Nacional) ou o sindicalista Enrique Parcero. Estas persoas que se dan de baixa comunicaron a súa decisión mediante cartas remitidas a Xosé Manuel Beiras. Misivas nas que expoñen as súas razóns e motivos. Así, Helena Pérez, segundo La Voz de Galicia, xustifica a súa marcha "polos cambios producidos na liña de actuación de Anova, que a invalidan como unha alternativa nacional e nacionalista de esquerdas". Critica o que cualifica de "integración de Anova en IU". Asemblea A asemblea de Anova de Vigo foi a finais do ano pasado escenario de tensións e fortes discrepancias entre diferentes correntes, que levaron mesmo á Permanente nacional a tomar cartas. |
NOS_54507 | A súa axenda apenas ten ocos libres na semana previa ás votacións para elixir a persoa que dirixirá Podemos na Galiza, mais Antón Gómez-Reino (A Coruña, 1980), candidato á Secretaría Xeral da forza morada, deputado do grupo confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea e home de confianza de Pablo Iglesias, fai un alto no camiño para conversar con Sermos Galiza no barrio coruñés de San Roque. | A que responde a presentación da súa candidatura á Secretaría Xeral de Podemos na Galiza? En primeiro lugar, á responsabilidade. Eu levo xa moito tempo participando nos movementos sociais do país, e é o momento de darlle un horizonte a Podemos Galicia e de axudar a acabar de construír a alternativa ao PP. En segundo lugar, creo humildemente que, con outros compañeiros e compañeiras, temos a capacidade de tecer alianzas entre diferentes sensibilidades e sectores de Podemos, cunha candidatura na que se representan diferentes sensibilidades e espazos de intervención política na organización, e iso obedece a dúas cousas: ao mandato de unidade das bases de Podemos e a intentar facer de Podemos Galicia unha organización que, dada a heteroxeneidade, parécese ao país e iso é un reto que temos por diante. É a súa candidatura a aposta de Pablo Iglesias? É evidente, e todo o mundo sabe, que eu comparto desde hai tempo espazo nos movementos sociais en diferentes ámbitos con Pablo e con outros compañeiros e compañeiras, mais creo que o reto que temos por diante é construír confianzas e consensos. Creo que a nova dirección de Podemos Galicia debe construír e ter confianza recíproca tanto coa dirección política estatal como cos diferentes aliados que temos no país. Que caracteriza a súa candidatura? O compromiso co país. E que a distingue da encabezada por Carolina Bescansa? A de Carolina Bescansa é a candidatura de Carmen Santos, unha candidatura continuísta, polo tanto, creo que de partida vén cuestionada polos propios círculos que convocaron esta asemblea cidadá de Podemos na Galiza. As diferenzas son tres: en primeiro lugar, moita da xente que participamos desta candidatura temos un percorrido de activismo e de participación política en diferentes espazos do país e, polo tanto, coñecemos as demandas da cidadanía; en segundo lugar, dalgunha forma pensamos a organización desde o país e, en terceiro lugar, por todo isto sabemos que é importante que Podemos Galicia constrúa unha organización cun horizonte de país e, sobre todo, que creo que sabemos que é tan importante gañar eleccións como transformar as institucións. [Podes ler a entrevista íntegra no número 318 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_54631 | Entrevistamos José Luis Rodríguez, presidente de Asoar-Armega, unha organización posta en marcha hai unha década por mariñeiros para defender o sector de baixura. Rodríguez vén de recibir o premio Osíxeno 2014 concedido por Adega polo seu compromiso coa pesca sostíbel. | José Luis Rodríguez é mariñeiro e presidente de Asoar-Armega, unha asociación que naceu en 2005 porque, di, "nin administración nin confrarías representaban o sector da pesca artesanal". O sector de artes menores supón na Galiza 3.972 embarcacións pesqueiras, segundo o propio censo da Consellaría do Mar. O presidente de Asoar-Armega vén de recibir estes días o premio Osíxeno 2014 que Adega lle concedeu "polo incansábel traballo e defensa das nosas costas e a prol da pesca sustentábel". - Cales foron os motivos que vos levaron hai dez anos a crear Asoar-Armega e cales foron os vosos principais eixos de traballo nesta década de existencia? - Decidimos crear a asociación pola propia situación na que se atopaba este sector do mar. Non nos sentiamos representados nin polas administracións nin polas Confrarías. En non poucas ocasións a súa actitude perante os graves problemas e necesidades da pesca de baixura ou artesanal foi de facer o 'paripé. Por iso botamos a andar Asoar-Armega, e fixémolo cunha idea clara: non andamos a pedir que nos poñan o prato na mesa. Durante estes dez anos centrámonos en varias liñas principais. - Cales? - Unha delas era entón relativamente novidosa no sector do mar, como era a de coidar aquelas zonas onde vivimos e traballamos, que o mariñeiro ten unha responsabilidade co ambiente. Ensinamos que o sector do mar podía colaborar e facer cousas conxuntas con colectivos cos que puido ter tiranteces, como os ecoloxistas. Campañas de limpeza de fondos, de coidado do entorno, traballar cos centros de ensino achegando os coñecementos nas nosas cousas... Nuns primeiros momentos recibimos críticas do propio sector, que se burlaba ou non entendía esas cousas. "Botamos a andar Asoar-Armega cunha idea clara: non fixemos isto para andar a pedir que nos poñan o prato na mesa" Outro dos eixos de traballo foi o da seguridade marítima, na que fomos pioneiros en facer exercicios ou simulacros marítimos para procurar a preparación dos mariñeiros nas súas embarcacións nestes aspectos. Fixemos esta actividade en diferentes portos de Galiza e funcionou moi ben... até que o goberno central decidiu non seguir colaborando. E outra cuestión á que demos importancia foi a da prevención de riscos laborais porque non había moita publicación ou traballo a este respecto. Así que nos puxemos a facer publicacións sobre estes riscos nas diferentes artes de pesca, e non as fixemos desde unha oficina precisamente... - Nestes anos tendes participado en diferentes campañas e iniciativas en colaboración con outras entidades e tedes tamén desenvolvido actuacións ante diferentes administracións, mesmo a nivel europeo. - Na Unión Europea adóptanse moitas decisións con consecuencias directas no día a día da nosa actividade, por iso é importante estar presentes aí, que alí escoiten as nosas ideas, as nosas explicacións sobre o que é a pesca artesanal galega. Por iso fomos impulsores e participantes desde un principio da Plataforma europea de pescadores artesanales 'Life', na que hai entidades de 10 estados. "A situación da frota de baixura galega é delicada, moi crítica. Levamos tres anos en queda libre" - Cal é a situación actual do sector de baixura galego nun contexto de crise como o actual? - A situación é delicada, moi crítica. Levamos tres anos en queda libre. Só hai que mirar os dados referentes ás descargas daquelas especies que traballa a frota artesanal. E ante esta realidade preocupante as administracións amosan un desinterese total e absoluto, non lles interesa que isto funcione porque os seus intereses están no mar coas grandes empresas e grandes frotas - Aí entra a pesca industrial? Eurodeputados recoñeceron en Bruxelas perante a delegación do 'xeito' que tiña un poder moi grande. Cal é o seu peso e o seu, por dicilo así, poder en Galiza? - Os gobernos están principalmente cos intereses das grandes frotas ao igual que están coas grandes empresas de acuicultura. Só hai que ver cando van a Bruxelas, que van a defender eses sectores, non a baixura precisamente. A pesca industrial ten poder, por iso decidimos facer Life, a plataforma europea que mencionei antes, para ter unha voz única entre os mariñeiros artesanais de diferentes estados ante unha problemática común. "Por Galiza entra peixe e marisco de moitas partes do mundo que despois algunhas empresas galegas venden como se fose de aquí. Unha fraude" - O sector da pesca artesanal tamén ten por diante unha serie de retos que non pode retrasar o facerlles fronte, non si? - Para min o máis importante é o da sostibilidade do sector, que non está garantida. Mais para iso non abonda coa nosa intención, porque é preciso un cambio de políticas, unha aposta sincera e firme neste sector: para crear emprego. Mais tamén en cuestións como a fraude que se está a producir co consumidor. - Unha fraude nos produtos? - Por Galiza entra peixe e marisco de moitas partes do mundo que despois algunhas empresas galegas venden como se fose de aquí. E non o son. Acontece con pescada, con polbo, con camarón... e iso non se pode permitir, tanto porque é unha fraude ao consumidor, como pola competencia desleal para con nós, que ademais vemos como se vende como galego un produto que non o é, e é de peor calidade. Nós non dicimos que ese produto non se venda, o que pedimos ás administracións responsábeis é que se identifique cada cousa como o que é e que non se venda como galego o que non é. "En maio de 2014 o goberno español sacaba unha nota de prensa na que se congratulaba de que a UE dese o paso de eliminar as redes á deriva. Nesa eliminación estaba o xeito" - Falas das administracións, cal é a vosa experiencia nesta década? - Que non lles interesa nada a pesca artesanal. Por iso precisamente fan as políticas que fan. - Un exemplo diso sería o que sucedeu co 'xeito' - É unha mostra de desinterese, de desleixo das administracións... ou non, ou é unha mostra do que realmente pasa que é que non queren pesca artesanal. O goberno español recibiu en setembro de 2013 dous informes europeos para que os analizase, eran informes relativos ao proxecto de prohibir as redes á deriva. En maio de 2014 o goberno español sacaba unha nota de prensa na que se congratulaba de que a UE dese o paso de eliminar as redes á deriva. Daquela, por xullo, miramos esa proposta e vimos que a mesma afectaba o xeito. E así llo notificamos a Xunta e goberno central, ademais de mandar un escrito a Bruxelas para preguntar, se efectivamente, o xeito ía estar incluído na proposta de prohibición. En 10 días respondéronos da UE, confirmándonos o do xeito. De Xunta e Madrid non recibimos nin palabra. En setembro foi cando saíu á luz que a prohibición afectaba a esta arte. |
NOS_28108 | Canda sete asociacións, ADEGA promoveu o proxecto de "Custodia Fluvial no Ulla, Umia, Lérez" que desenvolveu iniciativas de recuperación, conservación e promoción dos tres ecosistemas fluviais. Agora presentan un balance no que destacan, en especial, a corresponsabilidade diante dos rios, o achegamento e o compromiso da cidadanía co seu patrimonio natural. | Coordenado por ADEGA, o proxecto "Custodia Fluvial no Ulla, Umia, Lérez" presentou o seu balance de resultados despois de ser desenvolvido desde o 2010 coa participación de sete entidades locais,Asociación Cultural A Xesteira , Asociación Cultural Rego de Godoi, e Asociación para a Defensa do Val do Liñares, da Estrada, O Fervedoiro de Cuntis, Comunidade de Montes en Man Común de S. Miguel de Presqueiras e a Sociedade de Caza e Pesca e a Asociación de Moz@s de Forcarei. Despois dunha primeira fase na que as entidades participaron do proceso de achegamento e coñecemento dos seus ríos, algunhas delas presentaron proxectos a nivel local que tiñan como obxectivo poñer en valor os seus ecosistemas fluviais por medio de estratexias de custodia do territorio. Ferramenta de conservación colectiva "A custodia é unha ferramenta para conservar a natureza, que xorde d apropia cidadanía, complementaria á conservación por parte da administración. A custodia do territorio, neste caso dos ríos, ofrece a posibilidade de facer actividades ou iniciativas que poñan en valor o patrimonio natural", explica Lucía Parente, coordinadora do proxecto desde Adega. Na primeira fase do proxecto, fixéronse inspeccións, limpeza, xornadas, charlas e demais actividades que tiñan como fin o achegamento aos ríos por parte da veciñanza. No paso seguinte, as asociacións máis activas presentaron proxectos entre os que se escollerían os máis viábeis para levar a cabo. Desta maneira, no Ulla presentáronse roteiros para coñecer ríos e regatos, en Couso, Godoi e Liñares. Na bacía do Ulla o proxecto xirou arredor dos muíños e camiños. No Umia, foi o Fervedoiro o que fixo xerar a súa iniciativa arredor do patrimonio etnográfico, restaurando pasos e recuperando e limpando os lavadoiros fluviais ademais de sinalar os roteiros. Na bacía do Lérez, pola súa parte, o proxecto está ligado á pesca, establecendo un tramo de cinco quilómetros de pesca sen morte. Recuperándose tamén os canais dos muíños, onde as troitas paraban para comer e descansar. "O obxectivo da custodia é que agora sexan as propias asociacións quen dinamicen os proxectos. Foron elas as que os idearon e desenvolveron, serán tamén as que teñan que continualos no tempo", explica Lucía Parente dun proxecto innovador, tamén pola súa dimensión de integrar a varias asociacións de varias localidades, que se enmarca nunha liña de traballo de custodia do territorio coa que, desde Adega, están a aplicar tamén a charcas, litoral e outros espazos naturais. "Trátase de proxectos enriquecedores, nos que a xente se implica e traballa moito, coñece a natureza e quere conservala e protexela", explica Parente. |
NOS_44326 | O novo modelo, pendente de incorporar as alegacións que presente o sector, propón un aumento da cabida dos estabelecementos por tramos ligada ao cumprimento rigoroso dunha normativa anticovid extraordinaria. | O sector da hostalaría reuniuse esta sexta feira con representantes do Goberno galego co obxectivo de fixar un novo modelo que garanta a apertura de bares, restaurantes, pubs e discotecas ao tempo que se avanza no control da transmisión do SARS-Cov-2 Tras rexeitar o TSXG a obriga de presentar o certificado Covid ao entender que a medida non evita os contaxios nin demostrou ser eficaz, Xunta e hostalaría procuran un marco definitivo que lles permita aos empresarios seguir traballando malia a evolución epidemiolóxica da Covid. Así, o vicepresidente primeiro da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, mantiveron unha reunión con representantes da hostalaría galega co obxectivo de buscar unha solución consensuada e alternativa ao endurecemento das restricións. Na xuntanza propúxose unha ampliación por tramos da capacidade dos locais, ligada á responsabilidade do sector ao cumprimento de medidas anticovid extraordinarias. Un modelo para toda Galiza Sanidade remitíu aos representantes da hostalaría un documento elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública no que se recollen os indicadores que permitirán unha maior apertura dos locais de ocio. Trátase dun marco "definitivo e estábel" para o sector que ofrece un sistema xeral para toda Galiza. O documento, aínda aberto á espera de recibir e estudar as alegacións que presente o sector, recolle a execución de medidas mási exixentes como a instalación de medidores de CO2 con sondas para limpar o aire, o uso de menús QR, p uso de manteis dun só uso ou levar a cabo unha maior limpeza periódica dos locais. Con todo, avanza o Goberno galego, o documento final someterase a análise por parte do Comité Clínico para a súa aprobación e posterior posta en marcha. |
NOS_10499 | O TS modificou a súa propia xurisprudencia anterior e nunha nova sentenza determina que son as entidades financeiras as que deben pagar o Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados nas escrituras públicas de empréstito con garantía hipotecaria. | O Tribunal Supremo decidiu que é o banco e non o cliente o que debe pagar o Imposto sobre actos xurídicos documentados na sinatura dunha hipoteca, corrixindo deste xeito a súa doutrina anterior. A sentenza da sala terceira do TS interpreta o texto refundido da Lei de imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e conclúe que non é o prestatario o suxeito pasivo deste último imposto, senón a entidade que presta. Entre 2014 e 2016 pagáronse 6.000 millóns de euros por este gravame. Con esta decisión, é entidade financeira quen debe afrontar o gravame sobre documentos notariais, mercantís e administrativos. Para unha vivenda de 100.000 euros pode supor entre 500 e 2.000 euros. A noticia xa provocou fortes caídas en bolsa dos bancos. Así, CaixaBank, Bankia e Sabadell rexistran descensos superiores a 6% |
NOS_37018 | CCOO insta a Xunta a convocar unha mesa de negociación e a que lle reclame ao Estado outra repartición dos fondos | CCOO vén de denunciar o «brutal recorte» dun 57% que se está a producir nas políticas activas de emprego na Galiza. O sindicato insta a Xunta a reaccionar e a exixir unha reordenación da repartición do orzamento. Segundo os datos da Conferencia Sectorial, organismo que aproba a distribución de fondos ás comunidades autónomas e no que estas están representadas, a intención do Goberno central é diminuír o 56,92% o orzamento dedicado a estas políticas. Vanse distribuír case 1.320 millóns de euros entre todas as comunidades autónomas (agás Euskadi), dos que se destinarán 966,5 a formación para o emprego (incluíndo as escolas obradoiro, casas de oficio, talleres de emprego e outros), 323,3 ao emprego e trinta millóns máis para a modernización dos servizos públicos de emprego. No caso da Galiza, haberá algo máis de 106,5 millóns para as políticas activas de emprego, un 57% menos que en 2011. Isto, sen ter en conta os 200 orientadores/as profesionais e promotores/as de emprego. Consecuencias A redución, no caso de se consolidar, provocará a desaparición de miles de empregos de alta cualificación —formadores profesionais, especialistas homologados para impartir formación certificable, expertos, técnicos, persoal de apoio—, así como a perda de moitos centros de formación, aulas e instalacións homologadas, amais da desaparición dos orientadores/as e promotores/as de emprego que desenvolven o seu traballo no Servizo Galego de Colocación. CC OO critica que estas medidas van na dirección contraria dos discursos oficiais dos distintos gobernos —estatal, Comisión Europea e outros—, aos que se lles"enche a boca" afirmando que o futuro se gaña "con máis e mellor formación» pero que, «á hora da verdade, non cumpren as promesas". |
NOS_29260 | Alcoa pensa seguir adiante co seu plan de fechar a factoría de aluminio primario de San Cibrao (Cervo) se ninguén llo impide. Coa posibilidade da venda practicamente descartada, a intervención por parte da Xunta, do Estado español ou de ambos cobra máis forza. Ningunha das administracións a desbota. | Após o fracaso das negociacións entre Alcoa e Liberty House para a venda da planta de aluminio primario de San Cibrao, pola que tamén puxou o Estado español a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), moitas foron as voces que clamaron por unha intervención da factoría de Cervo. Xunta e Goberno español aseguran que están a estudar "todas as vías" para resolver o conflito, incluída a da nacionalización, que era unha posibilidade xa contemplada en 2019 como saída ás plantas de aluminio de Alcoa na Coruña e Avilés, agora en mans do Grupo Riesgo, e que mesmo da que Alcoa xa foi 'vítima' en Italia. Como explica o avogado Xoán Antón Pérez-Lema a Nós Diario, a intervención pública no capital das empresas privadas está prevista na Constitución española. A Xunta tamén ten competencias en materia de industria e podería asumir esa intervención en virtude da lexislación de patrimonio das Administracións Públicas 33/2002 ou a lei 5/2011 de Patrimonio da Galiza. "A posibilidade existe e non hai ningún problema en exercela. De feito, no marco europeo, Bruxelas vén de recoñecer a posibilidade e mesmo a conveniencia de que os Estados poidan entrar no capital de empresas privadas, quer cotizadas, quer non cotizadas, que sexan estratéxicas", apunta o letrado. Decreto de expropiación Segundo comenta, a solución pode vir por un decreto lei con carácter expropiatorio que estabeleza a utilidade pública do ben ou o carácter estratéxico do recurso. "Tanto o Consello da Xunta como o Consello de Ministras teñen capacidade para declarar urxente unha expropiación", sinala Pérez-Lema, que considera que "hai argumentos dabondo" para levala a cabo. "O Estado español pode coller as accións directamente ou adscribilas á SEPI, e o mesmo pode facer a Xunta co Igape". En calquera caso, o avogado cre que ambos os gobernos "van ter que ir da man neste proceso" xa que, como apunta, "a Xunta, de acordo co Estatuto de Autonomía, tería dereito a participar na xestión desta empresa nacionalizada aínda que os cartos os puxese o Estado español". En calquera suposto, a administración que levase a cabo a expropiación debería "valorar e pagar rigorosamente a Alcoa o xustoprezo". Na fixación do mesmo, indica, habería que ter en conta os bens e dereitos adscritos a esta fábrica como as perdas, cargas de emprego e obrigas ambientais, como a xestión de lodos, e fiscais (unha posíbel continxencia fiscal por devolución de axudas recibidas). Mais pode xogar ao seu favor o prezo marcado por Alcoa nas negociacións con Liberty. "Se hai negociacións que recoñecen que se ía vender por un euro pode ser unha xustificación de cara a negociar o xustoprezo", argumenta o letrado. Dereito a impugnar Pola súa banda, Alcoa tería potestade para impugnar ese xustiprezo. "Co decreto, a expropiación quedaría feita, e Alcoa só podería discutir a contía da compensación", di Pérez-Lema. Ese aspecto podería impugnalo e, no caso de ser rexeitado polas administracións competentes, acudir aos tribunais, ao Supremo no caso de que a orde veña do Consello de Ministras, e á Audiencia Nacional pola vía do contencioso se o acordo sae do Ministerio. Tamén quedaría pendente resolver a cuestión da subministración de alúmina, que "precisaría un estudo máis fondo da situación". Aí, os dereitos portuarios, en mans do Estado, e a "deficiente" xestión da balsa de lodos poderían ser dous potentes bazas das administracións para facer forza na procura dunha solución que satisfaga as partes. Liberty terá que agardar No caso de materializarse a expropiación da planta de aluminio primario para salvar os 534 empregos que dela dependen, Estado ou Xunta, en función de quen a leve a cabo, debería agardar para poñela no mercado. Neste senso, Pérez-Lema considera que "o máis prudente sería agardar uns meses a que se resolva a cuestión do xustoprezo". Namentres, engade, Liberty House podería actuar como socio industrial e mesmo asinar un acordo de venda futuro ou condicionalo a novos investimentos na factoría. "En todo caso, non vexo a Liberty no capital de maneira inmediata", argumenta o avogado. O que si que se podería producir de inmediato é a aprobación dese decreto lei. "Pode ser cuestión de días. O Goberno español pode aprobalo no Consello de Ministras do vindeiro martes e a Xunta no Consello do xoves seguinte". Haberá que agardar a ver se iso finalmente acontece. |
PRAZA_15830 | O Goberno do PP en funcións vén de aprobar a permanencia da factoría de ENCE na ría de Pontevedra grazas a unha reforma da Lei de Costas que contradí as promesas de mudar o emprazamento da pasteira, formuladas durante anos polos populares. | A autorización do Goberno central en funcións para que ENCE permaneza na ría de Pontevedra ata 2073 ten abeiro na reforma da Lei de Costas impulsada polo gabinete de Mariano Rajoy no verán de 2012 entre o rexeitamento dos colectivos contrarios á factoría e de institucións como o Concello pontevedrés, a cuxa postura se sumou tamén a Deputación dende o cambio de Goberno. A aposta por que a pasteira continúe en Lourizán contradí as promesas formuladas durante anos por Alberto Núñez Feijóo, que chegou a elevar o traslado á categoría de "convicción persoal", ademais de incluílo nos seus programas electorais de 2009 e 2012. Ver a cronoloxía en pantalla completa |
NOS_29345 | A primeira película do cineasta galego foi filmada na Serra da Estrela, o territorio máis elevado do Portugal peninsular. No filme aparecen actores profesionais e xente da contorna que fala da súa realidade, o que aporta unha visión documental da ficción producida a tres bandas por Galiza, Catalunya e Portugal. | A longametraxe Á Procura da Estrela, primeira película estendida do cineasta vigués Carlos Martínez-Peñalver, deixa tras de si unha estela de cooperación galego-portuguesa agora que remata a rodaxe. A produción galega, catalá e lusa deste filme escolleu espazos da Serra da Estrela, a zona montañosa máis elevada do Portugal continental, para contar as "aventuras de Xoel", un cartógrafo na procura dos sons máis incríbeis da contorna, que se atopan case en perigo de extinción coa evolución social. Martínez-Peñalver e o resto da equipa -procedente tanto da Galiza como de Portugal-, que contou coa financiación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), filmou o fragmento que decorre no país veciño entre abril e principios deste mes de maio cunha parte do elenco procedente do sector profesional e outra da rúa. En concreto, no reparto de actores e actrices están intérpretes como Joel Fontán, Zé María Saraiva, Pedro Martão, Joaquim Viato, Zé Luís Costa, Zé Abrantes, Sofia Borges, Mariana da Luz ou Rita Saraiva. Segundo explican desde a produtora galego-catalá Omen e a produtora lusa María Zimbro, a estrea do vigués como director de longametraxes narra a experiencia dun "cartógrafo sonoro recentemente chegado á Serra da Estrela que persegue rexistrar os sons en desaparición do punto máis alto de Portugal". Aventuras e sorpresas Cualifican o xénero da cinta de aventuras. Aventuras como as que vive o protagonista, Xoel, ao tecer relacións coa xente do contorno e descubrir que a súa iniciativa non ten sentido "e que o que estaba a piques de desaparecer xa desapareceu". Porén, o argumento dá un xiro cando o explorador recupera a esperanza ao escoitar unha melodía que o atrae cara ás montañas. Unha das peculiaridades desta proposta de cooperación artística baixo a batuta dun galego é que o actor principal conviviu con outra parte do elenco que non é profesional, pois o que se buscou foi afondar nas "circunstancias sociais do territorio a través da interpretación e das propias palabras dos seus habitantes", comentan. Así, unha vez que a proposta chegue ás salas, o público poderá gozar da interacción deste buscador de tesouros sonoros con pastores, veciñas e veciños das cámaras de Gouveia, Seia, Covilhã e Manteigas mais con ecoloxistas. Desta forma, á parte de cinema de ficción, leva unha curiosa envoltura de documental. |
NOS_20790 | As contas non lles saen aos responsábeis das tres universidades galegas. Cultura asegúralles que son as que acordaron eles dentro do plan de financiamento e lémbralles que "eles son parte da administración pública". | As tres universidades galegas non saen ben paradas nas contas para o 2013 presentadas polo goberno galego hai uns días. Os recortes afectarán tamén ao ensino superior e algún dos responsábeis universitarios xa sinalaron o seu descontento. É o caso de Xosé Luís Armesto, reitor da UDC, que apunta que hai 20 millóns que non aparecen nos fondos estruturais do plan de financiamento polo que este ano terán problemas para pagar moitas facturas. Os tres reitores contan coa redución nun 5% nas nóminas do persoal mais consideran que este recorte "a maiores" dificultaría o funcionamento da propia institución. Alarmados por estes números as tres universidades galegas solicitaron unha entrevista urxente con Jesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para aclarar esta situación. Educación asegura que foi o acordado "Eles son parte da administración pública e teñen que asumir a variación como o resto da administración". O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respondeu así de contundente aos medios de comunicación que lle preguntamos en San Caetano sobre este tema. "Non estou de acordo con esas declaracións do reitor da UDC, a minorización de 20 millóns de euros foi asinada polas tres universidades". Segundo Vázquez esta cantidade variará se o número de matrículas é maior ou menor ademais de pasar a outros fondos "que dependerán da calidade dos seus resultados ou á excelencia". |
PRAZA_8225 | O Igadi publica o IgadiPaper nº102, centrado nesta ocasión no programa do PCCh e o novo impulso á política de reforma e apertura trala ratificación de Xi Jinping como Presidente de China. | O Igadi publica o IgadiPaper nº102, centrado nesta ocasión no programa do PCCh e o novo impulso á política de reforma e apertura trala ratificación de Xi Jinping como Presidente de China. Os resultados das sesións parlamentarias anuais celebradas en China entre o 3 e o 17 de Marzo, incluíndo tanto a Conferencia Consultiva Política como a Asemblea Popular Nacional (APN), evocan a clara sensación dun novo impulso á política de reforma e apertura iniciada en 1978. Trala defenestración de Bo Xilai e o descarte absoluto de calquera posibilidade de marcha atrás durante a celebración do XVIII Congreso do Partido Comunista de China (PCCh) en novembro de 2012, tocaba agora lexitimar universalmente (tanto no plano subxectivo como no discurso) as decisións tomadas. Xi Jinping, secretario xeral do PCCh, foi confirmado como Presidente de China e da Comisión Militar Central do Estado (con idéntica composición á comisión militar central do PCCh). Li Keqiang, primeiro ministro. Zhang Dejiang, presidente da APN. Yu Zhengsheng, presidente da Conferencia Consultiva Política. A única novidade foi a elección como vicepresidente de Li Yuanchao, membro do Buró Político, quen se barallara no congreso de novembro como posible integrante do Comité Permanente, máximo órgano de poder en China. Habitualmente, o vicepresidente, un cargo esencialmente honorífico, é o quinto na xerarquía que coincide co reitor da Escola Central do PCCh (neste caso, Liu Yunshan). Así veu acontecendo nos últimos anos co propio Xi Jinping, Hu Jintao, Zeng Qinghong e ata Hu Yaobang. Li Yuanchao é un afín a Hu Jintao e recoñecido reformista dentro do sistema. A súa elección ratifica o esforzo da nova dirixencia chinesa por redobrar o consenso no cume para afrontar unha etapa clave do seu proceso de modernización. A despedida de Wen Jiabao No seu informe da acción de goberno, o primeiro ministro saínte, Wen Jiabao (2003-2013), fixo fincapé nos importantes logros da última década, en especial no último lustro, realizados en condicións especialmente difíciles por mor do estoupido da crise financeira internacional que fixo abalar os piares do crecemento chinés afectando de forma significativa ás súas exportacións ao mundo desenvolvido. O balance dos últimos cinco anos recoñece a persistencia de moitas contradicións na economía chinesa: desequilibrio e insostibilidade, baixa produtividade e escasa innovación, déficits orzamentarios avultados especialmente no eido local, baixas taxas de benestar social, ambiente en estado pésimo, agravamento das diferenzas dos mundos rural e -urbano, ingresos á alza pero aínda insuficientes para imaxinar unha sociedade de consumo… Nada, en fin, que non estea no vocabulario habitual pero que constitúen poderosas sombras sobre a economía chinesa confrontada ao reto de duplicar en 2020 o PIB e o ingreso per cápita correspondentes a 2010. Haberá un aumento do déficit público por importe de 400.000 millóns de renminbi, fondos que serán destinados en boa parte á mellora do benestar social Entre os anuncios para 2013 cabe sinalar o obxectivo de crecemento do 7,5%, cunha inflación por baixo do 3,5% e unha taxa de desemprego do 4,6%. O gasto en defensa medrará un 10,7%. Wen Jiabao anunciou unha reforma gradual do hukou ou permiso de residencia e o mantemento da política de planificación familiar, temas obxecto de discusión nos últimos tempos. Tamén haberá continuidade na política en materia de nacionalidades minoritarias, a propósito de Taiwán ou na política exterior. A sensibilidade en relación aos problemas ambientais debera aumentar. Por último, cabe salientar o anuncio dun aumento do déficit público por importe de 400.000 millóns de renminbi, fondos que serán destinados en boa parte á mellora do benestar social (vivenda, pensións, sistema sanitario, educación…). A segunda potencia económica do mundo sitúase en termos de Índice de Desenvolvemento Humano na posición 101 (IDH 2012). Fronte ás críticas de "década perdida" en alusión á parálise do proceso reformista, Wen Jiabao salientou un balance globalmente positivo, defendendo as políticas adoptadas dun maior investimento público e un maior intervencionismo para corrixir os efectos da crise global. Certamente, na pasada década fóronse sentando as bases dun maior equilibrio na axenda dunha reforma exitosa no eido económico pero claramente fracasada no eido social, ambiental, tecnolóxico ou político, factores todos que agora, unha vez clarexado o rumbo a seguir, formarán parte indispensable da axenda. Decisións para un novo xiro Haberá unha redución moi considerable do aparato burocrático, a reorientación do labor gobernamental a tarefas de coordinación e estratexia, menor intervencionismo público e maior respecto ás leis do mercado A reestruturación do Consello de Estado ou gabinete constitúe unha das referencias esenciais destas sesións parlamentarias e símbolo dun novo xiro na política chinesa. Formalmente, trátase de avanzar na diferenciación das funcións estritamente gobernamentais e económicas, eludindo a implicación directa nestas últimas do aparato administrativo. O goberno apartaríase así progresivamente da xestión empresarial directa. Na práctica, suporá unha redución moi considerable do aparato burocrático, a reorientación do labor gobernamental a tarefas de coordinación e estratexia, menor intervencionismo público e maior respecto ás leis do mercado e a apertura dun horizonte de desmonopolización e de maior presenza do sector privado en sectores onde antes tiña unha presenza testemuñal e ata inexistente. Estímase que o proceso de transformación, a sétima en trinta anos, que obedece a unha folla de ruta trazada nos últimos anos, levará un lustro. De entrada, o número de ministerios pasou dos 27 actuais a 25. A elección do Ministerio de Ferrocarrís como botón de mostra do cambio de orientación non é inocente. Este Ministerio, agora suprimido, constitúe todo un mini-estado, con dous millóns de empregados, policía e ata tribunais propios. Os asuntos administrativos dos ferrocarrís dependerán dun Buró mentres que a xestión económica pasará a ser exercida por unha Corporación. Este modelo podería estenderse a outros sectores. Outros ámbitos afectados polas decisións refírense a ámbitos como a enerxía (a enerxía eléctrica, que funcionaba de xeito autónomo, queda agrupada nunha mesma axencia). Tamén a seguridade alimentaria, sacudida por numerosos escándalos nos últimos tempos. Ou a unificación da temática da planificación familiar con saúde. A Comisión Nacional de Desenvolvemento e Reforma, referencia esencial da transición económica chinesa, perde peso nesta remodelación, de xeito que as súas competencias en materia de aprobación de proxectos e concesión de licencias vanse reducindo en tanto que a función estratéxica e de coordinación gaña substancia. Na xestión social aquelas gañarán recoñecemento e dinamismo deixando en mans da colectividade boa parte da xestión das políticas activas nesta materia Outro aspecto ten que ver coa participación das organizacións populares na prestación de servizos sociais, médicos, sanitarios, etcétera. Na xestión social aquelas gañarán recoñecemento e dinamismo deixando en mans da colectividade boa parte da xestión das políticas activas nesta materia. Os novos rumbos Haberá continuísmo nos próximos anos na política chinesa pero, sobre todo, asistiremos a unha aceleración das reformas, especialmente no eido económico con vistas a configurar o novo modelo de desenvolvemento baseado no fomento da demanda interna, a innovación científica e os impulsos social e ambiental. Este proceso coexistirá cos experimentos no eido político dun reformismo inter-sistémico que exclúe calquera evolución cara unha democracia de estilo occidental. Dende a tribuna foron varias as voces que apostaron por alargar o espazo da democracia consultiva para reforzar as bases e a credibilidade do sistema, non para desmontalo. Oficialmente, todo canto se mude debe preservar a inmutabilidade da hexemonía do PCCh. En materia de dereitos humanos, pese á anunciada reforma dos laojiao, os campos de traballo, ningún cambio substancial asoma no horizonte. Ningún eco nas sesións parlamentarias do chamamento efectuado o pasado 26 de febreiro por numerosos intelectuais para que China ratifique o Pacto internacional de dereitos civís e políticos, asinado en 1998, hai quince anos. Na política exterior, agora con Wang Yi á súa fronte mantendo o rumbo do desenvolvemento pacífico, cabe agardar a afirmación dun ton máis reivindicativo Na política exterior, agora con Wang Yi á súa fronte mantendo o rumbo do desenvolvemento pacífico, cabe agardar a afirmación dun ton máis reivindicativo. China asumirá unha diplomacia máis rica e complexa e menos acomplexada, amosando os seus intereses tanto en relación ao diálogo con EUA como á súa dimensión participativa nas principais instancias do sistema internacional onde os cambios fanse demorar (os acordos adoptados en 2010 para unha reforma do FMI que lle procuraría máis peso seguen á espera de aplicación). A coordinación coas economías emerxentes, especialmente no grupo dos BRICS, gozará de atención. Non cabe esperar de China que desempeñe un papel global que contribúa a corrixir os excesos do capital financeiro internacional. O estilo de Xi Jinping A sociedade chinesa agarda con impaciencia que os froitos do desenvolvemento se traduzan en expectativas concretas que melloren o seu nivel de vida Acumulando desde o inicio do seu mandato os tres cargos de maior significación (secretaría xeral do PCCh, presidencia do Estado e da Comisión Militar Central), Xi Jinping estará en condicións de acelerar os cambios precisos. A sociedade chinesa agarda con impaciencia que os froitos do desenvolvemento se traduzan en expectativas concretas que melloren o seu nivel de vida, mentres datos oficiais revelan que o 1% da poboación controla ata o 41% da riqueza do país. Nos seus primeiros pasos, Xi Jinping amosou a súa disposición a intensificar a loita contra corrupción e o abuso de poder, manifestando igualmente preocupación polo incremento da independencia da xustiza. Estas tomas de postura, xunto ao seu falar directo e franco, bríndanlle certa simpatía inicial, pero terá que demostrar nos feitos que non se trata de simples declaracións. As evocacións dun maior respecto á lei e á Constitución contrastan cunha realidade que choca co muro dun sistema vocacionado para facer letra morta dos seus preceptos. Conclusión O obxectivo é deixar de ser o taller do mundo para converterse nunha potencia moderna e desenvolvida no horizonte de dez anos. Pasar do Made in China ao Created by China China encara unha etapa crucial do seu proceso de modernización. Os apremos centraranse na innovación, no ambiente, na cuestión social, na reestruturación económica. O obxectivo é deixar de ser o taller do mundo para converterse nunha potencia moderna e desenvolvida no horizonte de dez anos. Pasar do Made in China ao Created by China. Nese proceso seguirá pensando a incógnita do modelo futuro, especialmente no que atinxe á capacidade do PCCh para manter a excepcionalidade dun sistema que pese ás transformacións da sociedade chinesa mantense no substancial coas coordenadas de 1949. O desmantelamento dos monopolios públicos e o ritmo e características dunha nova onda de privatizacións que podería enfraquecer o poder económico do Partido-Estado pode indicarnos a natureza esencial desa China que en poucos anos confirmarase como a primeira potencia económica do mundo. Noutro plano, a necesidade de equilibrar o obxectivo dunha maior eficiencia económica con iguais doses de xustiza ven gañando peso no discurso oficial dende que Hu Jintao promoveu a creación dunha sociedade harmoniosa. Pero a realidade desmente a harmonía. China segue a ser un dos países máis desiguais e inxustos do mundo. A realidade desmente a harmonía. China segue a ser un dos países máis desiguais e inxustos do mundo A democratización seguirá no debate, sen mais atrevemento que a aposta por osixenar o sistema político mediante o aumento das consultas e outras fórmulas sucedáneas que permitan alargar a base das decisións pero sen cuestionar en ningún caso o actual sistema de co-participación sen alternancia. Pode derrapar? A magnitude das contradicións que habitan no proceso chinés e a acumulación de expectativas de difícil satisfacción ofrecen un caldo de cultivo nada desprezable para fundamentar a hipótese dun derrape. O apelo ao nacionalismo, á realización dese soño colectivo do pobo chinés de recuperación da grandeza do pasado, constitúe un bálsamo moderador que as autoridades modelarán en función das expectativas, pero non é un remedio eterno e infalible. Sen máis xustiza, a China poderosa segue a ser un xigante con pes de barro. |
NOS_20186 | O vehículo no que viaxaban dirixíase aos EUA procedente de Guatemala. O condutor do camión deuse á fuga despois do choque, producido polo exceso de velocidade. | O accidente dun camión no que viaxaban amoreadas 107 persoas migrantes deixou cando menos 55 falecidos no Estado mexicano de Chiapas esta quinta feira, após envorcar o contedor do vehículo. As e os migrantes proviñan "principalmente de Guatemala e O Salvador", informou Luis Manuel García Moreno, secretario de Protección Civil de Chiapas, que explicou que tamén había persoas procedentes de Honduras e Nicaragua. Asemade, indicou que arredor de 60 persoas quedaron feridas -incluíndo tres de gravidade- e xa están sendo atendidas en diversos centros hospitalarios da rexión. O sinistro aconteceu na estrada Panamericana de camiño á capital de Chiapas, Tuxtla Gutiérrez, despois de acceder a México desde a fronteira con Guatemala, próxima ao lugar. Os veciños da zona declararon a medios locais que o camión circulaba con "exceso de velocidade", o que provocou que chocara contra o muro dunha ponte peonil ao saír da vía nunha curva. Durante o suceso, o contedor do remolque separouse e as vítimas quedaron espalladas pola estrada. Amais dos efectivos da Cruz Vermella, bombeiros e Protección Civil, a veciñanza da zona cedeu os seus automóbiles para atender as persoas feridas. Con todo, as testemuñas acusaron o condutor do transporte de darse á fuga. Tanto o presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, como o mandatario guatemalteco, Alejandro Giammattei, lamentaron ao pouco a situación, solidarizándose coas familias das vítimas. A ruta que seguía o vehículo é unha das máis utilizadas polos migrantes que procuran chegar aos Estados Unidos (EUA) desde América Central, mais tamén é utilizada por persoas do sur do continente e incluso do Caribe. Entre xaneiro e outubro deste ano, máis de 228.000 persoas foron detidas polas autoridades no territorio mexicano, un 64% máis que o ano anterior. Neste período foron deportadas máis de 82.000 persoas. As detencións de migrantes incrementáronse en México desde o acordo asinado entre o presidente e o líder daquela dos EUA, Donald Trump, que forzou que o país latinoamericano se encargara de interceptar as persoas que se dirixían ao veciño do norte. |
PRAZA_5219 | A selección saharauí de fútbol disputa varios partidos amigables contra equipos galegos nunha xira na que este combinado non oficial pretende "sensibilizar" a cidadanía sobre a situación que sofre o seu pobo e a súa loita pola liberdade. | Dous goles de Mohamed Daf e un de Hassanna Nazy déronlle este xoves a vitoria ao Sáhara por 3 a 1. Non foi nun partido oficial, porque a selección saharauí de fútbol non está afiliada a ningunha federación nin ten dereito a competir oficialmente. É tan só un dano colateral da penosa situación que viven a República Árabe Saharauí Democrática e o seu pobo, dividido entre os campos de refuxiados e os territorios ocupados por Marrocos, sometido e obrigado a unha eterna reivindicación da súa independencia, tamén a través do deporte. A selección do Sáhara gañou onte á Sarriana e disputará dous partidos máis esta fin de semana en Vigo e en Padrón Foi a Sarriana quen onte perdeu contra o Sáhara Occidenal nun encontro amigable no que o resultado era o de menos. O partido forma parte da xira que a selección saharauí está a realizar polo Estado e que a trouxo esta fin de semana a Galicia, onde aínda disputarán dous encontros máis: un na tarde deste venres en Vigo (17 horas), no campo de Candeán, contra unha selección de ex xogadores do Celta, e outro o sábado a partir das 18 horas en Noia contra un combinado de futbolistas da comarca. Organizados pola Delegación Saharuí en Galicia e pola Asociación Solidariedade Galega Co Pobo Saharauí (Sogaps), os partidos son un chanzo máis na tarefa de "sensibilización política" da situación "que sofren os habitantes do Sáhara", tal e como lembra Maite Isla, presidenta da Sogaps que acompaña a selección na súa xira polo país. "É obvio que estes encontros teñen unha intención que vai moito máis aló que o fútbol; son rapaces extraordinarios que saben perfectamente cal é a súa misión aquí", explica. O seu propósito non é outro que denunciar a problemática no seu país, os abusos de Marrocos e a falta de liberdade. Os partidos teñen como obxectivo a "sensibilización política" da situación que sofre o pobo saharauí Os saharauís traen, ademais, demandas concretas como o apoio político á súa loita e á ampliación da Minurso (Misión das Nacións Unidas para o referendo no Sáhara Occidental) para incluír o control dos dereitos humanos das zonas ocupadas. Iso foi o que o delegado saharauí en Galicia, Habibulah Mohamed, e a propia Maite Isla reclamaron nas diferentes visitas ás institucións. En Vigo, foron alcalde Abel Caballero e o concelleiro de Deportes Manel Fernández os que escoitaron e apoiaron as súas demandas, ao igual que a Deputación de Lugo, na que o vicepresidente Antonio Veiga levou a cabo a recepción oficial ao equipo. Veiga amosou o seu "apoio e recoñecemento a unha selección que, como a galega, non está afiliada a ningunha confederación de fútbol". "Cremos en que pobos como o galego ou o saharuí merecen, ao igual que outros países, poder gozar dunha representación de deportistas que defendan a camisola coa súa bandeira, como desexan milleiros de seareiras e seareiros", asegurou nunha recepción oficial que se realizará tamén en Ponteareas e Noia. A Deputación de Lugo e o Concello de Vigo xa amosaron o seu apoio á loita do Sáhara pola súa liberdade O presidente da Comunidade Saharauí en Europa, Hametu Mohamed Ahmed; o presidente da Comunidade Saharauí en Galicia, Mohamed Maatalah; así como o subdelegado da Delegación da República en Galicia, Mohamedu Elhiba, son outros dos persoeiros que acompañan unha selección que destaca no campo con vitorias pero que, sobre todo, xoga os partidos para chamar a atención sobre o sufrimento do seu pobo. Marca goles pola liberdade. |
NOS_19980 | Ninguén do departamento autonómico asistiu a unhas xornadas nas que estaba anunciada a súa presenza: "Ou non ten feitos os deberes ou quixonos ocultar as súas propostas aos que hoxe nos reunimos en Mabegondo". | Ningún representante da Consellería de Medio Rural e do Mar asistiu nesta sexta feira a unhas xornadas en Magebondo sobre retos do ampo galego e na que estaba prevista a súa presenza. Unha ausencia, denunciada pola Fruga, que supuxo dar un 'plante' a representantes de colectivos e institucións, así como a un cento de axentes de innovación. O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) acollía unha xornada organizada pola Fundación Juana de Vega que tiña por título: "Retos e oportunidades para o campo galego: Aplicación na Galiza do partenariado europeo para a inovación". Esta xornada procuraba, explica a Fruga, dar a coñecer o novo modelo que desexa implantar a Unión Europea para fomentar a a inovación no sector agroalimentar, mediante o "Partenariado Europeo para a Inovación". Esta metodoloxía asenta no traballo colaborativo entre os distintos parceiros do sector mediante a constitución de Grupos Operativos. Mais ningúen da Consellería, malia estar prevista a súa presenza, apareceu alí para falar duns temas de tanta importancia. Algo que para a Fruga sinala que "parece que non ten nada a dicir ao respeito, cando nestes mementos se debería encontrar traballando sobre o PDR galego para o período 2014-2020. Polo tanto ou non ten feitos os deberes, o que resultaría moi grave, ou quixonos ocultar as súas propostas a mais de 100 axentes de inovación que hoxe nos reunimos en Mabegondo para as coñecer de primeira mao, o que tamén resulta grave e ante todo unha falta de respeito" . |
NOS_19774 | O Fondo Monetario Internacional (FMI) fai públicas as súas recomendacións ao goberno español e alaba, aínda que considera que non foron de abondo, os recortes de Madrid | Se non queres caldo, sete cuncas. Desde que saltou a noticia o pasado sábado do rescate para España, Rajoy e o seu goberno levan defendendo por activa e por pasiva que esa "liña de crédito" de ata 100 mil millóns de euros non ía supor contrapartida algunha para cidadanía. Pois ben, o Fondo Montetario Internacional (FMI) vén de facer público o informe elaborado polo seu equipo de técnicos que nestes días estivo no Estado español. Un documento no que se recollen diferentes 'consellos' para o executivo de Madrid, como subir o IVE, suprimir a dedución fiscal para videnda ou recortar (novamente) os salarios dos funcionarios. Non son as únicas propostas do FMI a Rajoy, pois tamén recomenda que sería "desexábel" estudar unha redución nas cotizacións á seguridade social. O Fondo defende as medidas de austeridade adoptadas polo executivo español nestes meses mais recoñece que non lograron crear confianza nos mercados e considera que a situación da economía de España é preocupante. Cal é a cifra? As achegas do FMI chegan en pleno debate sobre cal é a cantidade precisa que hai que aportar para sanear a banca española. A comezos da vindeira semana coñecerase a avaliación feita por duas auditoras independentes, aínda que as primeiras filtracións apuntan a unha cantidade de ente 70 e 80 mil millóns de euros. O Fondo Monterio Internacional calculaba, hai menos dunha semana, que esa cifra sería de 40.000 millóns. |
PRAZA_16828 | O equipo lucense regresa á máxima categoría do baloncesto tras gañar 93-89 ao Sammic cunha cancha empapada nunha mestura de euforia e medo á breoganada. A vitoria nos últimos segundos tivo un aquel de remake do mítico ascenso do 99 e fixo estourar a afección O Breogán cítase coa súa historia para certificar o regreso á elite do baloncesto | O Breogán cítase coa súa historia para certificar o regreso á elite do baloncestoNos últimos segundos e dende a liña de tiros libres. Case como un remake involuntario daquel 23 de maio de 1999 no que o Pazo contivo a respiración mentres un novísimo David Gil certificaba fronte ao Melilla o ascenso do Breogán á liga ACB de baloncesto. Pasaran xa case 19 anos dende aquela histórica data que elevou a afección breoganista aos ceos pero, sobre todo, transcorreran xa practicamente 12 anos doutro maio, o de 2006, cando o equipo lucense caeu abatido cara á liga LEB nun dramático partido en Valladolid que resumira unha campaña para esquecer. Todas esas lembranzas, tamén as dos últimos anos nos que os celestes afogaron cando xa vogaran ata albiscar unha vitoria nos playoff de ascenso, concentráronse este venres en torno á cancha de Lugo, empapada nunha mestura de euforia e medo á 'breoganada'.Os de Natxo Lezkano botáronse á travesía definitiva con, a priori, o vento a favor. O equipo visitante no Pazo era o Iraurgi Sammic Hostelería, implicado nunha loita ben diferente, a de fuxir do descenso. As cifras acumuladas do conxunto vasco amosaban unha notable inferioridade respecto das do Breo, pero os de Azpeitia deixaron claro dende o inicio que non recibiran convite á festa celeste. A tensión das 6.000 almas que encheran o Pazo dende case unha hora antes do salto inicial semellou trasladarse ao quinteto breoganista e o inusitado acerto do Sammic dende a liña de triplas meteu o medo no corpo aos de Lugo.O Breo non daba despegado e aínda que comezou a escorrentar os nervios no segundo cuarto chegou ao descanso só dous puntos por riba (46-44). "En pé, todos xuntos, ata o final" repetía o speaker. "Defendemos todos, Lugo, atacamos todos". A segunda metade comezou con outra cor pero con non menos tensión e o traballo de xogadores como Sulejmanovic, Arco ou Stainbrook permitiu acadar marxes de entre 10 e 12 puntos. O partido podía rachar a prol do líder, pero isto é o Pazo e aquí vénse sufrir. E así se encargou de lembralo o Sammic dende a liña de 6,75 cando ao encontro lle restaban pouco máis de tres minutos.O acerto inicial do Sammic no tiro exterior meteu o medo no corpo ao equipo e á afección breoganista; sobre o Pazo pairou a angustia e as lembranzas destes doce anosXurdiron os medos. A angustia. A eliminatoria perdida contra o Ourense, a terrible final a catro de Cáceres, a peregrinaxe, en fin, pola segunda categoría. Todo pairou sobre un Pazo no que só as bancadas nas que abondaba a rapazada se botou a celebrar cando aínda estaba todo por decidir. O conxunto vasco estivo a piques de empatar a 91 puntos a menos de 10 segundos para o remate e os corazóns celestes volveron encoller. Pero Sule recibiu unha falta e chegou o remake dos tiros libres de Gil no ano 99. Non quedaba tempo, o electrónico reflectía 93-89 e ao Sammic non lle entrou un tiro dende non se sabe onde. Agora si. "Somos ACB, somos ACB" clamou a bancada tras uns segundos investidos en crer que agora si, este ano si.Os tiros libres de Sule tiveron un aquel de remake dos de David Gil no mítico ascenso do 99; a serea final fixo estourar a afección en apertas, cancións e bágoasA serea final fixo estourar o Pazo. Xogadores e corpo técnico puxeron as camisolas do ascenso coa lenda Volvemos á nosa casa e volveron ser presentados un por un. Confetti, apertas, cancións, bágoas e ata o presidente Suso Lázare a bailar a muiñeira a pé de pista. Quedaban atrás de vez os anos nos que o histórico Breogán de Lugo estivo ao bordo da desaparición, nos que -como lembrou boa parte da afección nas últimas semanas- o barco foi deixado á deriva por quen dicía comandalo en pleno temporal. Bufandas ao vento e "seguiremos en pé, seguiremos unidos", coreou a afección ao son do himno do club, que continuou a festa na Fonte do Rei e, xa no mediodía deste sábado, na recepción oficial na Casa do Concello, dende cuxo balcón os "parabéns" en galego soaron con acentos ben diversos."Aquí tedes o voso ascenso", ofreceu Lezkano á afección congregada na Praza Maior. Restan aínda dúas xornadas -fronte ao Básquet Coruña, que xogará outra volta o play off de ascenso, e contra Oviedo-, pero os deberes están máis que feitos no deportivo e, asegura a directiva, o ascenso logrado na cancha poderá concretarse nos despachos dunha ACB que recibiu a través das redes o seu novo membro cun ton case burocrático. Os corazóns celestes xa non están encollidos e celebran sen complexos a volta á casa. As lembranzas da travesía no deserto pasan agora a segundo plano. Toca actualizar episodios épicos como aquel 90-66 ao Barça ou as noites de festa no vello pavillón das costas do Parque Rosalía.FICHA TÉCNICACafés Candelas Breogán | 93 | Emir Sulejmanovic (20) Ricardo Úriz (15) Matt Stainbrook (12) Christian Díaz (10) Johan Löfberg (9) Salva Arco (9) Sandi Cebular (8) Leo Demetrio (8) Sergi Quintela (2)Sammic Hostelería | 89 | Mirza Bulic (21) Víctor Serrano (19) Joseph de Ciman (16) Scott Evans (12) Aitor Zubizarreta (7) Gaizka Maiza (6) Alberto Ruiz (5) Ibon Guridi (3) |
NOS_8238 | As 32 páxinas do semanario traen este sábado ás lectoras e lectores de Nós Diario unha conversa a fondo co artista Antón Patiño; un percorrido pola historia do noso audiovisual e luz pública sobre unha faceta pouco coñecida do Premio Nobel de Iria Flavia. | Este sábado canda Nós Diario sae do prelo o número 399 de de Sermos Galiza, cun total de 32 páxinas que convidan á lectura pausada e a adentrármonos en temas que precisan ser tratados de vagar. Abre o semanario Irene Pin cunha reportaxe na que, co gallo da incorporación de audiovisual galego ás plataformas HBO e Netflix, repasa as dez series en galego máis importantes, que foron "o punto de inflexión e o principal motor da nosa industria", segundo o produtor Alfonso Branco. Pratos Combinados, a inesquecíbel Mareas Vivas, As leis de Celavella, Matalobos ou Serra Moura son só unha escolma das series que se repasan. Antón Patiño (Monforte de Lemos, 1957) protagoniza a entrevista desta semana, que vén da man de Manuel Xestoso. Non é só un dos artistas máis brillantes e recoñecidos da arte galega actual, senón tamén un dos que con máis insistencia reflexiona sobre o feito artístico e sobre o papel da imaxe na identidade dun pobo. Logo dun adiamento obrigado pola irrupción da pandemia da COVID-19, vén de inaugurarse no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Compostela a súa exposición Caosmos, na que, case ao modo dunha antolóxica persoal, confronta obras de mocidade e de madurez para propor un diagnóstico sobre a sociedade do risco e a modernidade do caos na que estamos inmersos. Héctor Pena tivo acceso a unha carta asinada por Camilo José Cela na que o escritor se ofrece, en 1938, a informar e denunciar os rojos cos que se atopara por Madrid. Porque Camilo José Cela foi Premio Nobel de Literatura. Camilo José Cela foi marqués de Iria Flavia. Pero Camilo José Cela tamén foi delator. Chivato e censor de compañeiros de profesión e de individuos cos que se cruzou na vida, o padronés destacou desde os inicios do réxime franquista como un voluntario máis que disposto a facer o que ordenase o Movemento. O Colectivo Xea continúa a levarnos por diferentes espazos da Galiza. Nesta ocasión, pola costa de Xove, na Mariña. O litoral esténdese entre as rías do Lieiro e de Viveiro, das que tamén ocupa parte das bocas (na de Lieiro desde a praia de Paraños á punta de Morás e na de Viveiro desde a punta de Portonovo á punta Mansa), en total uns 25 quilómetros de cantís, os da parte exterior por enriba dos 50 metros de altura en moitos puntos, moi recortados, dos que sobresaen as puntas de Morás, Merixe, Roncadoira e Mansa, a illa de Ansarón e a saída ao mar do rego de Esparaños, en Portocelo. Entre os cantís fórmanse seos que acollen coídos e areais. Mais non remata aquí este número do semanario. Oito páxinas centradas na literatura, música, cinema, deseño e arquitectura –máis os pasatemos de Xoán Costa- achégannos novidades, debullan propostas, informan, propoñen e convidan da man de Mario Regueira, Xulio Carballo, Olga Brañas, Mario Vilariño, Andrés Castro, Pepe Barro e Lázaro Armental. |
NOS_13303 | Galiza ten 92.345 armas de fogo legais. Neste reconto, facilitado pola Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil na Galiza, non figuran as armas do persoal en activo das Forzas Armadas, das Forzas e Corpos de Seguridade e funcionarios de Vixilancia Aduaneira. Tampouco figuran as de colección: históricas, de avancarga, artísticas ou antigas. En xeral, todas gozan dunha connotación propia que as priva de ser consideras pezas violentas. | Todas as armas requiren un permiso. "E todas teñen unha guía de pertenza que acompaña sempre a arma e que a identifica", aclara Javier Fernández Luaces, presidente da Asociación Galega de Coleccionistas e Afeccionados ás Armas de Fogo. "Cando vas á Garda Civil pedir unha licenza, o primeiro que che preguntan é para que a queres: caza, tiro deportivo, defensa propia. Daquela, has superar todos os requisitos e os exames de capacitación para que cha concedan". O Regulamento de Armas, do 93, estabelece diferentes categorías en función das súas características, perigosidade, uso e destino. En termos xerais, hai armas de fogo curtas, pistolas e revólveres; e longas, escopetas e rifles. Son as máis comúns na Galiza. Hai 71.318 escopetas de caza e tiro deportivo, 18.583 rifles de caza maior, 2.367 armas de concurso máis 777 pistolas e revólveres. As armas curtas para a defensa persoal son, tamén, as máis difíciles de conseguir. Quen as solicita, ademais de ter residencia no Estado español, certificado de antecedentes penais en vigor e un informe de aptitudes psicofísicas -como cómpre en todos os casos- debe xustificar a existencia dun risco especial e a necesidade de portar, cando o considere, unha pistola para a súa propia defensa. Xoieiras, farmacéuticas, alcaldesas, xuízas e fiscais, entre outras, dispoñen deste tipo de permisos para a súa propia protección. "Desde hai anos, estas concesións foron a menos", apunta Modesto Toribio, responsábel da Armaría Toribio. "Os supostos que dan acceso a este tipo de armas foron minguando conforme desapareceu a ameaza do terrorismo e os usos sociais foron mudando". Control máis rigoroso Da mesma maneira, di, esta medida tivo a súa réplica entre militares, policías e gardas civís retirados, "que segundo os criterios do Ministerio de Interior, comezan a devolver a súa arma de uso particular". Todos os tiradores teñen que xustificar a súa actividade. Os cazadores abonda con que presenten a licenza de caza. Os deportivos teñen que estar federados, pertencer a un club, adestrar e competir para poder renovar o seu permiso. Cada cinco anos, os primeiros, e cada tres, os segundos. Ademais, apuntan desde Intervención de Armas, "os órganos competentes poden comprobar en calquera momento se as manteñen e se non, revogar o permiso". O regulamento de armas, en esencia, non mudou ao longo dos últimos anos. "Cambiaron as leis que rexen a sociedade", explica Toribio, que contribúen a un control máis rigoroso dos permisos. "Calquera falta que nos obrigue a pasar polos xulgados queda rexistrada e é suficiente para que nos retiren a licenza". En caso de violencia machista, aclara, abonda unha denuncia para figurar no Rexistro de Violencia de Xénero ao que ten acceso a Garda Civil. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
NOS_27423 | Muface e o Ministerio de Política Territorial e Función Pública incumpren a Lei de Normalización Lingüística ao non respectar a forma oficial dos topónimos galegos. | Cumprir coa legalidade vixente, marcada na Lei de Normalización Lingüística, é unhas das principais exixencias que o BNG demanda do Estado español no Congreso dos Deputados. O parlamentario nacionalista en Madrid, Néstor Rego, informou este domingo, 26 de xaneiro, da apresentación na Cámara Baixa dunha pregunta escrita para que o Estado dea explicacións polo seu incumprimento da lexislación, xa que non respecta a forma oficial dos topónimos galegos. A Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface), organismo autónomo dependente do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, vén de renovar recentemente a súa páxina web, facilitando o acceso electrónico a determinados servizos. Esta entidade, que conta con 52 direccións provinciais e oficinas delegadas de atención ao colectivo, recolle no seu portal os enderezos das súas oficinas, empregando topónimos que non están recollidos conforme á toponimia oficial, como "La Coruña", en lugar de "A Coruña", ou "Orense" no canto de "Ourense". Recorda o BNG que a toponimia oficial na Galiza foi estabelecida pola Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG 14.07.1983), que no seu artigo 10 sinala "os topónimos terán como única forma oficial a galega". Aí están as denominacións legais para todos os efectos, "e a rotulación terá que concordar con elas", lembran desde o nacionalismo, ao tempo que tamén sinalan o informe do Comité de Expertos do Consello de Europa que hai unhas semanas dirixiuse ao Estado español para advertilo de que está a incumprir a súas obrigas como asinante da Carta Europea das Linguas e recordoulle que non respecta os dereitos lingüísticos das galegas e galegos. Ese documento recolle precisamente que o nivel de aplicación da Carta Europea das Linguas na Galiza "non mellorou significativamente desde o último ciclo de seguimento". Aliás, aponta, os estudos sociolingüísticos mostran unha "diminución do número de falantes" e que "a transmisión de idiomas de pais a fillos xa non está garantida, polo que a proporción de alumnos con coñecemento do galego como lingua tamén caeu de xeito significativo". |
NOS_23828 | Sabotean o mural da fachada da sede na Rúa Damas, obra de Felipe-Senén López Gómez, e que quedou danado de forma "irreparábel". | O BNG da Coruña denunciou esta segunda feira un ataque vandálico" contra a súa sede na Rúa Damas, na zona vella da Coruña. Descoñecidos pintaron de negro o mural da fachada de entrada á sede da fronte nacionalista, obra de Felipe Senén López Gómez. A fronte nacionalista afirma que o mural foi "danado de xeito definitivo e irreparábel". A obra, un mural sobre cartón-pluma representaba a unha Torre de Hércules símbolo "dunha Coruña como un faro para Galiza", no cal unha grande estrela vermella se alzaba sobre o monumento patrimonio da humanidade. "Este ataque, que se suma a outros varios que están acontecendo noutras partes de Galiza, pola súa execución transcende a un acto improvisado e que requiriu dunha planificación detallada e intencionada. Se o seu obxecto foi tentar amedrentarnos, nunca tan lonxe cumprirá a súa intención, reforzando o noso ideario e a nosa práctica diaria", conclúen desde a formación nacionalista |
PRAZA_12955 | O ministerio de Fomento reducirá ao "mínimo imprescindible" a intervención xudicial para desaloxar un inquilino que non poida pagar a renda do piso no que vive e aplicará a "liberdade" para subir os prezos por riba do IPC | A reforma financeira aprobada este venres polo Consello de Ministros arrasou con calquera outro titular posible. Pero había máis. Un dos piares do proxecto presentado polo ministro de Economía é o incremento das provisións -cartos dispoñibles ante posibles perdas- para todos os créditos da banca vinculados ao ladrillo, con independencia de que o seu cobramento sexa dubidoso ou non. Outro é a creación dos bancos malos que tamén actuarán como inmobiliarias. Son novas sociedades que terán tres anos para unha misión que se di rapidamente e se dixire con lentitude: vender o inxente volume de vivendas que actualmente son propiedade da banca española, dende as procedentes de execucións hipotecarias ata as que obtiveron como froito do impagamento de créditos a promotores. Máis de 80.000 millóns de euros en ladrillo, mostra inerte e ao tempo vivinte dos anos da alegre burbulla que agora, ao seren lanzados ao mercado, previsiblemente farán caer notablemente o prezo da vivenda á venda. De forma paralela a esta reforma o Goberno impulsa outra, a do mercado inmobiliario en aluguer. Mentres provoca unha baixada de prezos quere "traer ao mercado" de arrendamento "un maior número" de vivendas e, para iso, aplica máis "liberdade", entre outras aspectos, para desafiuzar un inquilino. Fomento crea un "procedemento xudicial acelerado" e os inquilinos só terán "un prazo de dez días" para pagar ou ser desafiuzados Cando o informe tratado onte polo gabinete de Mariano Rajoy sexa transformado nun texto legal as escenas de desafiuzamentos que nos últimos tempos se veñen coando nas primeiras liñas da actualidade reproduciranse tamén en casas alugadas. Haberá "moita axilidade", advirte a ministra de Fomento, Ana Pastor. O Goberno central coida que "os procedementos de desafiuzamento por impagamento de rendas son lentos e ineficaces" e por iso, entre outros aspectos, "reduce a intervención xudicial ao mínimo imprescindible". Aos propietarios bastaralles incluír no contrato de aluguer que "a falta de pagamento poderá dar lugar á resolución do arrendamento, sen máis esixencia que un previo requerimento notarial ou xudicial". Que cambia? Agora non cumprirá sentenza ningunha. O "procedemento xudicial acelerado" só lle deixará á persoa que non pode pagar "un prazo de dez días" para facer fronte á débeda. Se non, unha comisión xudicial -as cales contarán co "dobre" de capacidade, porque no canto de dous funcionarios, levarán só un- procederá a botalo á rúa. Isto acontecerá con alugueres que xa non só subirán ao ritmo que o faga o Índice de Prezos ao Consumo (IPC). Cunha linguaxe semellante á utilizada pola ministra de Emprego durante a presentación da reforma laboral, Pastor afirma que as súas modificacións "priorizan a vontade das partes fronte ás obrigas". "As partes poden elas, por si mesmas, pactar a actualización da renda aínda que non estea no contrato", isto é, o propietario ou propietaria da vivenda pode decidir que a renda sobe o que considere oportuno cada ano. Agora ben, no caso de que o inquilino non poida facer fronte a esa decisión -ou en calquera outro caso-, Fomento facilítalle a marcha. Coa normativa aínda vixente, nos contratos "con duración pactada superior a 5 anos, o inquilino pode desistir" do aluguer "cando pasasen cinco anos" e comunicándoo con dous meses de antelación -nos de inferior duración, xa podía marchar en calquera momento, previo pago de "indemnización". De agora en diante, "con independencia da duración do contrato, "o arrendatario poderá desistir en calquera momento", só terá que avisar un mes antes. O IPC deixa de ser a referencia para a subida anual da renda, Pastor asegura que dependerá "dun pacto" entre as partes Con todo, esa "liberdade" para marchar ten outra contraprestación para os propietarios. A reforma dálles vía libre para "recuperar a vivenda" como residencia habitual "para eles, familiares en primeiro grao, por adopción ou para un cónxuxe no caso de divorcio". Que cambia? Poderano facer "sen necesidade de que se pactase no contrato" e cun "preaviso" de só dous meses. Ademais, no caso dos alugueres non inscritos no Rexistro da Propiedade, se o propietario decide vender a vivenda, "o comprador (...) non estará obrigado a manter o inquilino" ata que pasen cinco anos, como viña acontecendo. A ministra de Fomento amósase convencida de que o seu proxeco "vai facilitar o acceso" á vivenda dos "colectivos máis vulnerables" e "a persoas novas" e ademais "vai permitir maior mobilidade dos traballadores". Tamén recoñeceu que, se cadra, o proxecto non é "moi bonito". |
NOS_47885 | As familias critican que o Goberno estatal non informase desta saída e piden que a expedición viaxe co robot ofrecido por unha empresa norueguesa para baixar ao pecio do 'Vila de Pitanxo'. | Investigadores galegos e portugueses partirán este domingo, día 5 de xuño, de Vigo rumbo a augas próximas ás costas canadenses para estudar os recursos pesqueiros de Terranova e Flemish Cap. Así, persoal do Instituto Español de Oceanografía (IEO), do Instituto de Investigacións Mariñas e do Instituto Português do Mar e da Atmosfera embarcaranse con rumbo ao Gran Banco de Terranova para levar a cabo, durante os próximos tres meses, as campañas de investigación pesqueira denominadas Platuxa, Flemish Cap e Fletán 3L no buque oceanográfico Viconde de Eza, pertencente á secretaría xeral de Pesca. As familias do 'Pitanxo' avanzan nas querelas contra o patrón, o seu sobriño e o Grupo Nores En concreto, a primeira campaña, Platuxa, estará baixo a dirección do investigador José Luis do Río e realizarase entre o 5 de xuño e o 3 de xullo na División 3NO. Este ano cumpre a súa vixésimo sétima edición e pretende obter información biolóxica necesaria para avaliar o estado dos recursos pesqueiros de interese para a frota do Estado español, tales como bacallau, fletán negro ou camarón, entre outros. A continuación desenvolverase Flemish Cap, na División 3M, desde o 4 de xullo até o 6 de agosto, baixo o mando de Raimundo Blanco. É a trixésimo quinta da serie de campañas de investigación pesqueira no banco, que se iniciaron en 1988. Por último, a campaña Fletán Negro 3L, cuxa xefa será Esther Román, rematará esta serie de campañas co regreso do barco a Vigo o 2 de setembro. É a décimo séptima da serie, iniciada en 2003, e actuará na División 3L da área de regulación da NAFO. Aprazan a declaración dos superviventes do 'Vila de Pitanxo' até o 6 de xuño Reacción das familias do Pitanxo Ante a saída deste barco cara a Terranova, os familiares dos 21 falecidos no naufraxio do pesqueiro galego Vila de Pitanxo, que afundiu na mesma zona o pasado 15 de febreiro, mostraron a súa "decepción" ante a decisión do Goberno estatal de non aproveitar esta saída para enviar alí un robot que baixe ao pecio e grave a situación na que se atopa. Así, a portavoz das familias, María José de Pazo, asegurou estar "moi decepcionada" tras decatarse desta nova misión do Viconde de Eza e criticou que o Executivo de Pedro Sánchez non informase desta saída ás familias. Tamén lamentou que tampouco se trasladou "absolutamente nada" por parte do Goberno sobre o ofrecemento dunha empresa norueguesa dun robot e un sonar de varrido lateral "de forma gratuíta" para poder baixar ao barco. Unha empresa norueguesa cede gratuitamente un sónar e un robot para baixar ao 'Villa de Pitanxo' "É totalmente inaceptábel", insistiu De Pazo, asegurando que hai buques do Estado que van a Terranova "desde hai décadas" e explicando a necesidade de baixar ao pecio este verán pola situación climatolóxica. "Estamos máis decepcionados que nunca", engadiu. Esta mesma sexta feira trataron de porse en contacto co gabinete de Presidencia para pedir "explicacións" e que no buque se envíe o robot da devandita compañía de Noruega. Con todo, non recibiron resposta. |
PRAZA_9106 | Non estamos a pedir obras novas, senón que cumpran o que estaba aprobado e comprometido. Porque a Galicia, non é que non lle dean infraestruturas novas. É que lle rouban as que xa estaban aprobadas | [Opinión emitida a título persoal]Din por Estremadura que todo o que non son contas, son contos. Así que lembremos os feitos concretos:O AVE galego foi un permanente engano durante os últimos 20 anos, con datas garantidas que nunca se cumpriron e que daban as obras por terminadas en 1993Feito nº 1.- O AVE galego foi un permanente engano durante os últimos 20 anos, con datas garantidas que nunca se cumpriron e que daban as obras por terminadas en 1993, segundo declaraba o ministro da época en 1988. En 2009, a Dirección Xeral de Ferrocarrís situaba o final dunha obra, iniciada en 1998, no 2013. Con sorte veremos o AVE por aquí a mediados do 2020. Desde entón pasaron 30 anos nos que os orzamentos se aprobaban, non se executaban, e volvíanse aprobar ao ano seguinte, vendéndonos cada ano a mesma burra, coma se fosen burras distintas. E claro, nin pensar noutros investimentos, porque xa os orzamentos recollían moito diñeiro para o ave. "Manda huevos", que diría Federico Trillo.Feito nº 2.- O 8 de maio do 2018, o entón Ministro De la Serna comprometía co presidente da Xunta o estudo informativo das variantes Peares-Canabal e Monforte/Rubián, imprescindibles para que o AVE chegue a Lugo en tempo competitivo. O pasado decembro, constatei que o actual Goberno non ten calendario para presentar o estudo informativo das variantes do tramo Lugo-Ourense nin da saída sur de VigoFeito nº 3.- En novembro do 2000, o Ministerio de Fomento definía o Eixo Atlántico Ferrol-Tui, "en dobre vía electrificada, ancho normalizado europeo de 1.435 mm e velocidades entre 120 e 220 km/h" e estimaba o investimento en 80.000 millóns de pesetas, que equivalen a pouco máis de 480 millóns de euros. Estas actuacións no Eixo atlántico tamén comprenden a eliminación do retroceso de Guillarei e a eliminación da estación en fondo de saco de Vigo, e a adecuación de vía entre A Coruña, Betanzos e Ferrol". O Ministerio engadía: "Outra obra importante é a chamada Saída Sur de Vigo que permitirá converter a Estación de Vigo en pasante, enlazar directamente co Porriño e evitar o retroceso até Redondela no encamiñamento" dos trens cara a Tui e cara a Ourense?. O 13 de xaneiro do 2009 o BOE publicaba a saída a información pública do estudo informativo O Porriño-Valença do Minho, primeiro trámite do proceso. O 15 de xaneiro de 2009 a Xunta cualificaba de desfasado o prazo do 2015 que Fomento daba para o Vigo-Porto e ratificaba o 2013. Maldita hemeroteca.Feito nº 4.- Nunha entrevista co secretario xeral de Fomento, número 3 do Ministerio, o pasado decembro, constatei que o actual Goberno non ten calendario para presentar o estudo informativo das variantes do tramo Lugo-Ourense nin da saída sur de Vigo. E iso que son obras cofinanciables pola Comisión Europea, polo menos nun 50%.Non estamos a pedir obras novas, senón que cumpran o que estaba aprobado e comprometido. Porque a Galicia, non é que non lle dean infraestruturas novas. É que lle rouban as que xa estaban aprobadasNon estamos a pedir obras novas, senón que cumpran o que estaba aprobado e comprometido. Porque a Galicia, non é que non lle dean infraestruturas novas. É que lle rouban as que xa estaban aprobadas. Así que aquilo que din algúns cataláns de que España lles rouba, é verdade pero en Galicia. España non, pero o Goberno español paralízanos o que gobernos anteriores aprobaron ou comprometeron. O humillante é que aos leais e constitucionais négannos infraestruturas básicas para financiar con ese diñeiro o 18% máis de orzamento aos desleais e insolidarios. Tomamos nota. Xa sabemos o que hai que facer se queremos investimentos. Con todo, a peor parte lévana os deputados que terán que pedirnos o voto en non moito tempo. A ver con que cara nolo piden. Só poderán argumentar uns que o piden para frear o ascenso do fascismo e outros para frear o ascenso de esquerdistas e separatistas. Saben o que lles digo? Eu votarei ao que me pida o voto para seguir vivindo como Deus, dándolle a unha chave e seguindo ordes dos seus xefes sen replicar para que non o saquen da lista. Votareino por sincero. Polo menos. |
NOS_21461 | O documento saca á luz as estratexias empresariais empregadas por 106 mil persoas físicas e xurídicas para ocultar 78.000 millóns de euros através da banca suíza. | Sesenta medios de comunicación de todo o mundo publicaron a listaxe de persoas físicas e xurídicas que empregaron a filial suíza do Hong Kong Shanghai Bank (HSBC) para ocultar diñeiro. Trátase de 106.000 procedentes de 203 países distintos que posuían en total 78.000 millóns de euros agochados en paraísos fiscais. Entre elas, 4 mil persoas vencelladas ao Estado español con saldos superiores aos 1.800 millóns de euros. Entre os nomes máis sonados da listaxe publicada atópanse o banqueiro Emilio Borín, presidente do Banco Santander até o seu pasamento; o rei marroquí Mohamed VI, o corredor de Fórmula 1 Fernando Alonso, o moteiro Valentino Rossi, a cantante Tina Turner ou o que foi quinto presidente das Nacións Unidas, o peruano Javier Pérez de Cuéllar. Testaferros e empresas pantasma para ocultar millóns de euros En 2013 a Audiencia Nacional española sinalou a respeito da documentación achegada polo ex-informático do HSBC, Hervé Falciani, que os fondos reflectivos nela supuñan "patrimonios agochados ou opacos ao erario público". Neste senso, a coñecida como 'listaxe Falciani' evidencia as estratexias empresariais desenvolvidas polas máis de 100 mil fortunas para levar a cabo esa ocultación. Así, desenvolvíanse entramados empresariais valéndose de avogad@s, testaferros e empresas pantasma afincadas en paraísos fiscais para evitar o pagamento de impostos nos países de orixe ou domicilio fiscal. Mais tamén, para agochar diñeiro procedente de actividades delictivas e ilegais como a venda dos denominados diamantes de sangue --procedentes de países en conflito-- a comercialización de armas ou mesmo de drogas. |
NOS_53915 | Conde avanza que unha muller dirixirá a Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos da Galiza e xustifica que non haxa presenza feminina no consello de administración porque aínda non está fechado | O conselleiro de Economía, Francisco Conde, avanzou que a Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos da Galiza contará cunha muller como directora xeral, que será "unha excelente profesional", aínda que pediu "prudencia" e "confidencialidade" para as candidatas Así é como a Xunta pretende emendar o feito de que este organismo publico-privado non tivera no seu órgano de dirección ningunha muller, o que a deputada do PSdeG, Noa Díaz, que interpelou a Conde no pleno do Parlamento galego, considerou un acto de "puro machismo" da Xunta, na que "só homes pretenden decidir o futuro do país". A deputada tamén afeou que non houbera "ningunha crítica nin denuncia por parte de mulleres do PP" cara a esa foto só con homes. "Reproduce un modelo patriarcal na que o home é o macho e poderoso", e que tamén se fai visíbel na propia estrutura do Executivo galego que, como lembrou, só ten cinco conselleiras entre a ducia de postos do Consello e 22 mulleres entre os seus 65 altos cargos, incluíndo os catro delegados territoriais, todos homes. Na súa intervención, Díaz tamén aproveitou para "felicitar" de modo irónico os conselleiros de Facenda, Cultura e Medio Rural por non contar con "nin unha soa muller" como directora ou secretaria xeral. As escusas do conselleiro Pola súa banda, o conselleiro Conde argumentou que a Xunta leva "moitos anos" defendendo a igualdade e lamentou que o PSdeG "tente xerar polémica onde non a hai". Sen recoñecer o seu erro na composición do ente que xestionará na Galiza o destino dos fondos Next Generation, aínda con moitos dos proxectos sen desvelar, o titular de Economía avanzou que dito organismo "contará, como non pode ser doutro modo, coa presenza de mulleres". Nesta liña, tratou de xustificar a ausencia de mulleres ao afirmar que o consello de administración ─cuxa reunión no acto de constitución deixou a foto que suscitou a polémica─ "non está fechado", e acusou o PSdeG de usar esta cuestión como escusa para non falar da xestión do Goberno estatal, unha resposta que Noa Díaz cualificou de "desvergoña incríbel". "Menuda decepción", exclamou na súa quenda de réplica. |
NOS_2794 | O persoal da televisión e radio públicas galegas mantén por 15 sexta feira consecutiva a súa loita para demandar uns medios libres e se censura. | De novo a roupa negra, de novo as mensaxes nas redes sociais para demandar a fin da censura e manipulación na CRTVG, de novo vídeos (desta vez de pandereiteiras como Tanxugueiras ou Rebuldeiras, entre outras) en apoio aos traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos… De novo, un venres negro' –e xa van 15 seguidos- no que se estende a denuncia de censura e manipulación na CRTVG. Os comités de empresas de CRTVE-Galicia e da CRTVG chaman as traballadoras para participar o próximo 8 de setembro nunha manifestación unitaria en Compostela. A saída será ás 10:30 horas desde as instalacións da canle pública galega en San Marcos para despois pasar pola sede da CRTVE, no mesmo lugar. A marcha finalizará na praza de Praterías arredor das 12:30 horas, onde se procederá á lectura dun manifesto. As artistas Uxía, Guadi Galego e Xabier Díaz participarán coa súa música no acto. Desde as empresas públicas denuncian "o uso político e partidista dos medios, o control gubernamental, a falta de independencia e a manipulación informativa", enumera Raquel Lema, membro do comité de empresa da CRTVG. Dentro da problemática interna de cada medio, as traballadoras da corporación pública galega reclaman a creación dun consello de informativos, prevista desde a lei de medios públicos da Galiza, do ano 2011. "Non interesa crealos, e cremos que é importante para poder erradicar a manipulación informativa", apunta. A traballadora chama a atención sobre as "represalias directas" que está a vivir o persoal da CRTVG a causa destas mobilizacións, con especial atención á apertura dun expediente disciplinario á xornalista Tati Moyano, presentadora de informativos. "Xa había indignación e con isto a xente está realmente enfadada e decepcionada coa dirección. Atacar a Tati é atacarnos a todos", engade. Lema fai un chamamento "a toda a sociedade" para acudir á manifestación do vindeiro sábado 8 de setembro, "para que nos axuden a reclamar a independencia dos medios públicos, que tomen conciencia da situación deles, e que nos axuden a recuperalos para a cidadanía", declara. |
PRAZA_300 | A oposición esixe explicacións polo uso que fan dos automóbiles oficiais os dous representantes do PP na Mesa da Cámara. Segundo o PSdeG, os conservadores incumpren o acordo de 2011 que implica usar os vehículos só para tarefas de "representación" e botan man deles "a diario". | No duro período electoral no que Galicia estaba inmersa hai agora cinco anos a temática automobilística tivo un papel central. A estratexia de campaña do PP de Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda centrouse en sinalar o xeito en que o Goberno de coalición de PSdeG e BNG utilizaban os vehículos oficiais maioritariamente mercados en tempos de Fraga sen que socialistas e nacionalistas quixesen ou soubesen encaixar e responder a aqueles ataques. Os automóbiles da Xunta, o seu uso e mesmo a súa marca -a alemá Audi pasou a estar proscrita fronte á francesa Citroën, que en Galicia fabrica furgonetas- convertéronse no centro da daquela novidosa doutrina da "austeridade" e nunha peza inédita do taboleiro político. Media década despois, e aínda que en menor medida, é ao PPdeG a quen se lle reclaman explicacións polo uso dos coches, nomeadamente, polos coches oficiais do Parlamento. No outono de 2011, cando os conservadores galegos aínda eran referencia de proceder "austero" no conxunto do PP estatal, a Mesa do Parlamento -órgano reitor da Cámara- chegaba ao acordo de que só a persoa que ostentase a Presidencia, neste caso Pilar Rojo, conservase a prerrogativa de contar con automóbil oficial e chofer de seu. O resto dos membros da Mesa, daquela de PP, PSdeG e BNG e actualmente só de PP e PSdeG, só poderían botar man dos coches e dos condutores de maneira eventual, cando tivesen que desprazarse para exercer labores de "representación" do Parlamento, e en ningún caso terían automóbil oficial asignado individualmente. Segundo a oposición parlamentaria este acordo está derrogado pola vía dos feitos, aínda que só pola banda dos membros do PP: o vicepresidente, Miguel Santalices e o secretario da Cámara, José Manuel Balseiro. O PSdeG mantén que os membros do PP na Mesa usan os coches "a diario" e non só para tarefas "de representación", como estipula o acordo de 2011 A polémica e as suspicacias ao respecto, latentes dende hai meses no Pazo do Hórreo, estouraron definitivamente cando, a finais de xaneiro, Galicia Confidencial informou ao respecto. "Os medios de comunicación veñen de constatar que os tres membros do PP na Mesa están a utilizar os vehículos a diario", sinalou nese intre o PSdeG. A clave do incumprimento, explicaban os socialistas, é que o PP está a considerar que a asistencia a plenos, comisións ou reunións da Xunta de Portavoces e da propia Mesa forman parte desas "tarefas institucionais de carácter representativo" para as que o uso dos coches si que está permitido. Esta laxitude na interpretación da norma "en ningún caso é admisible", dicía o PSdeG, e dende a Presidencia do Parlamento se aseguraba que o acordo de 2011 "continúa en vigor" e que "as solicitudes de vehículos se xestionan seguindo os criterios fixados" no mesmo. "Séguese coma antes, pero téntase dicir que non é así" Neste contexto, o PP atribúe a controversia a un intento de "polemizar" en período "preelectoral" e, mentres, dende a banda socialista da Mesa mantense que o "espírito" da norma ao que alude o PP, segundo o cal asistir a reunións ordinarias tamén é un labor de "representación", "non é tal". A situación, explican fontes parlamentarias consultadas por este diario, é que os populares volveron "á práctica" anterior ao acordo de 2011, ata o punto de que "houbo que substituír un chofer porque se xubilou" e contratouse "un militante do PP da vila dun dos membros da Mesa". Polo tanto, conclúen as mesmas fontes, "volvemos" á situación na que cada membro deste órgano "tiña un vehículo de seu e capacidade para contratar unha persoa da súa confianza como condutor". "Houbo que substituír un chofer e contratouse un militante do PP da vila dun dos membros da Mesa" "Se o PP quere modificar as regras pactadas no seu momento está no seu dereito, ten maioría", insisten os socialistas, mentres manteñen que, en calquera caso, "as dúas representantes do PSdeG" na Mesa, Marisol Soneira e Concepción Burgo, "non van utilizar nin pedir o coche para actos que forman parte das súas obrigas" cotiás, "como ir aos plenos". Así e todo, afirman, o panorama actual consiste en que, a efectos prácticos, os membros do PP na Mesa -presidenta, vicepresidente e secretario- contan con coche oficial á súa disposición e as dúas representantes da oposición, non. Petición de publicación en internet Dadas as circunstancias o voceiro do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, vén de reclamar formalmente que a Presidencia ofreza "información exhaustiva sobre o uso dos vehículos oficiais", aclarando "a relación concreta da persoa que utiliza" cada coche, "do día en que o fixo, dos quilómetros realizados" e da "tarefa institucional de carácter representativo ou incidencia" que tivo que realizar. Asemade, a través dunha iniciativa parlamentaria reclaman que de agora en diante "se proceda a publicar na páxina web do Parlamento as causas que xustifican a utilización por parte dos membros da Mesa ou dos deputados e deputadas que utilicen vehículo oficial, excluída a Presidencia", toda vez que, por exemplo, explican dende o Grupo Socialista, considerarían xustificado que un membro da Cámara utilizase un coche da institución se, por motivos de saúde, non puidese empregar outro vehículo. Rojo afirma que non vai exercer de "espía" dos seus compañeiros Ante estas peticións a propia presidenta asegura que "transparencia, toda", se ben evita aclarar a súa disposición a publicar os datos e, nunha entrevista na Cadena SER, atribúe a polémica a que a oposición "fai agora outra interpretación" do acordo de 2011. "Os membros da mesa utilizan o coche de xeito institucional, para as tarefas representativas e institucionais", asegura, nun contexto no que, di, estas afirmacións se sustentan na súa confianza na "honorabilidade" dos membros da Mesa e na "veracidade" exercida no "procedemento polo que eles piden o coche", no que "está rexistrado" os "quilómetros que se fan e onde van". Ela, en todo caso, advirte, non vai exercer de "espía". |
NOS_11248 | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza vén de publicar a edición 2021 da 'Memoria da Actividade Xudicial dos Tribunais e Xulgados', que por vez primeira reflicte datos de xuízos sobre violencia sexual. A principal conclusión á que chega o informe é que 70% das 108 vítimas recollidas eran menores de idade. | As Audiencias da Galiza xulgaron en 2021 un total de 89 persoas por violencia sexual, unha media de oito ao mes, por agresións ou abusos sobre 108 presuntas vítimas, 70% menores de idade. Así o anunciou onte o presidente do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, na presentación da Memoria da Actividade Xudicial dos Tribunais e Xulgados da Galiza de 2021, que "por vez primeira" reflicte datos sobre este tipo de xuízos. Díaz-Castroverde alertou de que existe unha base social "importantísima" que son as "mulleres menores de 16 anos", un feito co que hai que "lidar" para evitar que iso se produza. Na súa comparecencia, insistiu ademais en que "hai que traballar coas contornas próximas á vítima, porque moitas veces son determinantes e causantes do abuso" xa que en 86% dos casos existía unha relación previa. 71% deles foron condenados. Segundo Díaz-Castroverde, cifras como que 21% das persoas mozas consideren que a violencia de xénero non existe é algo "realmente insostíbel". Neste sentido, destacou que a educación é "fundamental" e un dos instrumentos "máis importantes" é o programa Educar en Xustiza, no cal participaron o pasado ano 500 estudantes de centros galegos. As discotecas terán 'Puntos Violeta' As salas e estabelecementos de lecer nocturno do Estado español contarán con puntos violeta contra a violencia machista para loitar contra as agresións sexuais, tras a firma dun acordo entre o Ministerio de Igualdade e a Federación Nacional de Empresarios de Lecer e Espectáculos. "Temos a vontade compartida de deixar claro que a rúa e a noite tamén son nosas", dixo onte a ministra Irene Montero. Condenado un cura por abusar dun menor Por outra parte, onte coñeceuse que a Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense emitiu unha sentenza na que se desestima o recurso de apelación interposto e ratifica a condena contra un párroco que exerceu en Avión e que foi condenado por abusar sexualmente en 2006 dun neno ao que deu catequese. Así o recolle unha resolución xudicial que confirma que o sacerdote deberá pagar unha multa de 2.700 euros, ademais de indemnizar a vítima con 3.000 euros en concepto de danos morais, e permanecer afastado dela durante un ano. A Audiencia dá por probado que, no verán de 2006, o párroco preparaba a vítima para recibir o sacramento da Primeira Comuñón. |
NOS_52062 | Hai no noso país 21.100 apelidos que teñen un único portador. No outro extremo, Rodríguez, o máis común en Galiza, que levan 237.000 persoas. Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán ou Manselle son algúns dos antropónimos en perigo de extinción. Estas son algunhas das cuestións que se debullan no estudo ''Antroponimia e lexicografía', que edita Consello da Cultura Galega e Instituto da Lingua Galega. | 'Antroponimia e lexicografía' é unha publicación elaborada polo Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega que pretende contribuír a afondar no coñecemento dos apelidos en Galiza. Un traballo que vén de ser presentado pola presidenta do CCG, Rosario Álvarez, o director do ILG, Xosé Luís Regueira, e a editora do texto, Ana Isabel Boullón. Rodríguez é o apelido máis común en Galiza con 237.000 usuarios. Hai máis de 21.100 apelidos que teñen un único portador. Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán ou Manselle son algúns apelidos en perigo de extinción. Estas son só algunhas das cuestións que se poden coñecer a través desta obra. "Estamos ante unha obra que reúne unha serie de traballos realizados por algúns dos mellores especialistas nos seus ámbitos e que procura avanzar no coñecemento científico dos apelidos en xeral, con especial atención aos apelidos galegos", afirmou Ana Isabel Boullón. Todos os apelidos e nomes de Galiza son posteriores á romanización e non hai ningunha forma nova desde 1870 A publicación pretendía reunir diferentes contribucións sobre a elaboración de dicionarios antroponímicos. Pretendíase así coñecer de primeira man as dificultades e facilidades que outros autores tiveron á hora de enfrontarse a un dicionario de apelidos como o que se está a elaborar en Galiza. Así, no volume destacan os contributos de Patrick Hanks, autor de varios dicionarios de apelidos no ámbito anglosaxón (nomeadamente Irlanda, Bretaña e os Estados Unidos), e Alda Rossebastiano, que analiza a antroponimia dunha zona transfronteiriza de Italia. Tamén se recollen as achegas Dieter Kremer, impulsor do proxecto PatRom (acrónimo de Patronymica Romanica), que, segundo a profesora Boullón, "deu pulo os estudos antroponímicos en toda a Europa románica e reflexiona sobre as complexidades da pescuda onomástica". Completa esta revisión da contorna un texto de Cristina García Gallarín sobre a confluencia entre antroponimia, toponimia e léxico común. O ILG ultima a elaboración do Dicionario dos apelidos galegos, "é un proxecto que non ten parangón no ámbito lingüístico hispánico". Nel recolleranse aqueles apelidos que teñen máis de 30 ocorrencias, que supoñen unhas 5.800 formas que abranguen 97% da poboación. Na publicación hai un artigo completo sobre este proxecto e nel achéganse datos como que hai máis de 21.000 formas que teñen un único portador (apelidos estranxeiros, variantes minoritarias de apelidos frecuentes, erros tipográficos, estandarizacións modernas dalgún nome ou mesmo formas en período de extinción). 17% dos apelidos actuais proceden da castelanización de apelidos galegos que se produciu desde o século XVI Todos os apelidos e nomes de Galiza son posteriores á romanización e non hai ningunha forma nova desde 1870. Boullón tamén explicou que 17% dos apelidos actuais "proceden da castelanización de apelidos galegos que se produciu desde o século XVI". O resto das achegas están enfocadas a diversos aspectos do estudo dos apelidos galegos. Gonzalo Navaza pescudou sobre a orixe de apelidos ata agora pouco explicados como son Cosmede, Andrade, Cividáns/Cividás, Paraxó); Luz Méndez explicou as dificultades derivadas da influencia da gheada e do seseo na transmisión dos apelidos pola interferencia da ortografía castelá (como en Bugueiro/Buxeiro, Gamardo/Xamardo). Pola súa parte, Xosé María Lema proseguiu a súa investigación sobre a onomástica da parroquia de Berdoias (Vimianzo). Finalmente, o último dos estudos constitúe unha aproximación nova a este tema; Valentina Formoso e Ana Iglesias aproximáronse ao valor simbólico dos nomes e apelidos, é dicir, á relación entre o apelido e a identidade. Para este tipo de análise, inédito en Galiza, empregouse a técnica do grupo de discusión entre xente nova. |
PRAZA_11855 | As catro entidades nacionalizadas polo Estado, entre elas Novagalicia Banco, van ser sacadas ao mercado "o antes posible". Sairán á venda. A poxa, de producirse, pon fin á aventura de José María Castellano como presidente dun banco que esperaba contar ata o mes de setembro para captar 500 millóns de capital. Feijóo debe comparecer o día 15 no Parlamento galego para falar do futuro da entidade. | Terceira reforma financeira. Esta será a definitiva para Novagalicia Banco. Para as caixas do país. Para unha empresa financeira que aportan directamente o 4% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia e ata un 7% inducido. Un pulmón económico que afoga despois de tres torniquetes aplicados en menos de ano e medio. Primeiro foi a fusión, aprobada por Madrid e avalada por unha auditoría contratada ad hoc pola Xunta que costou un millón de euros, a que obrigou a Caixa Galicia e Caixanova a pedir 1.192 millóns ao Fondo de Reestruturación Bancaria (FROB). Crédito cun tipo de xuro do 7,75%, seis puntos por riba do Euríbor e outros tantos sobre o interbancario. Os xuros páganse cada trimestre detraéndose dos beneficios da propia entidade. Despois foi o chamado decreto de reforzamento financeiro, presentado hai menos dun ano, o que empurrou a Novacaixagalicia cara á bancarización tras detectar un déficit de capital de 2.622 millóns de euros. Tivo que pedir ao FROB, previo traslado de todo o negocio a un banco, 2.465 millóns de euros canxeados por accións. O propio FROB valorou a entidade en apenas 181 millóns tras aplicarlle un desconto case absoluto, o que supuxo a nacionalización do banco malia á insistente promesa de José María Castellano, novo presidente da empresa, de ter apalabrados os investimentos de empresarios galegos e estranxeiros por ata 500 millóns. "O Goberno intentará sacar ao mercado as entidades nacionalizadas o antes posible" E agora chegou Luis de Guindos. Un ministro pragmático que debuxou onte con lapis e bisturí a fin da viaxe. Da quimera. "O Goberno intentará sacar ao mercado as entidades nacionalizadas o antes posible". A única solución é a venda. Nada de contemplacións. "Punto e final", refrendaron fontes internas da empresa crediticia. De Guindos foi preguntado, durante a rolda de prensa na que presentou o plan que será aprobado este venres, polo caso específico de Novagalicia Banco. E é que Castellano obtivera un pequeno aval por parte do Banco de España que lle ía permitir, en principio, gozar ata o mes de setembro para captar os investimentos prometidos. Non quixo responder De Guindos. O proceso de subhasta afectará ás catro entidades nacionalizadas. Non haberá un plus de tempo Segundo aclarou na rolda de prensa, o ministro de Economía e Competitividade facilitará a certas entidades a circulación por un camiño ben complicado. Que camiño? O de realizar provisións inxentes por todos os activos denominados problemáticos (dubidosos ou de dubidoso cobro, por exemplo) inmobiliarios, especialmente o solo. Haberá que realizalas sobre os activos con problemas e sobre os que aínda non son morosos na actualidade. Como xa explicou Praza este mércores, a exposición inmobiliaria de Novagalicia Banco era, a 30 de setembro, superior aos 11.100 millóns de euros. O volume de activos inmobiliarios adxudicados (que forman parte do balance de NGB) é de 2.850 millóns de euros. Unha situación insostible que, de cumprirse a pretensión do ministro De Guindos, nin sequera precisará de ser revisada. Non vai importar, parece, que o banco presente algún plan de viabilidade para intentar sufragar, con cargo a beneficios, ese nivel de provisionamento. Simplemente se optará pola poxa dunha entidade que se chama Novagalicia Banco, antes NCG Banco, antes Novacaixagalicia, antes Caixa Galicia e Caixanova... e antes ducias de anos da historia do aforro dos galegos. |
PRAZA_13730 | A reforma da Lei de Costas deixa a expensas dun informe da Xunta a posibilidade de que a celulosa non cambie de ubicación en 2018 | Entre a barafunda de recortes, unha sospeita que se converte en sorpresa. Dende que, o pasado xaneiro, o ministro de Agricultura e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, anunciase a intención do Goberno central de emprender unha "profunda reforma" da Lei de Costas no entorno de Pontevedra saltaron as alarmas: a planta de celulosa que Ence ten na ría e que, en virtude da lexislación vixente ata agora, debería facer as maletas en 2018, podería permanecer onde está durante varias décadas máis. E os temores véñense confirmar. O que, segundo a vicepresidenta do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría, é unha reforma para "traballar pola seguridade xurídica e a protección do medio ambiente" deixa as portas abertas de par en par á continuidade de Ence no lugar no que se instalou en 1957, en pleno desarrollismo franquista. Segundo o anteproxecto de reforma da Lei de Costas que o gabinete de Mariano Rajoy comeza a tramitar as "concesións para a ocupación do dominio público máritimo terrestre existentes" na actualidade e outorgadas, polo tanto, "antes da entrada en vigor" da nova norma "poderán ser prorrogadas, a instancias do seu titular", que o deberá pedir formalmente "durante os seis meses previos á extinción do prazo de concesión", neste caso, mediados de 2017. Unha vez realizada a petición "a duración desta prórroga en ningún caso excederá de setenta e cinco anos [antes eran 60]". O que é o mesmo, a papeleira podería seguir operando na ría pontevedresa ata 2093. Se a Xunta informa favorablemente Ence podería permanecer na ría pontevedresa ata 2093 Que separa a Ence de poder conseguir o seu obxectivo? Só un requisito, o establecido pola reforma para as "concesións que amparen ocupacións para usos destinados á industria extractiva, enerxética, química, petroquímica, téxtil e papeleira". Neste caso, a prórroga será concedida "previo informe favorable do órgano ambiental da comunidade autónoma", isto é, da Consellería de Medio Ambiente ou o departamento autonómico que asuma as súas competencias nese momento. Nese informe haberá que "determinar os efectos que a ocupación ten para o medio ambiente e incluirá, nos casos que proceda, as condicións que deba contemplar a concesión para garantir unha adecuada protección". Así as cousas, se o Goberno galego de quenda considera en 2018 que Ence é quen de garantir determinados requisitos ambientais -como xa acontecía, por exemplo, durante os mandatos de Fraga-, nada impediría que reclamacións como as formuladas pola Asociación para a Defensa da Ría fosen enviadas a un caixón durante varias xeracións. Non obstante, dende a actual Xunta tense afirmado en diversas ocasións que a súa vontade é favorecer o traslado de Ence ou, cando menos, así o prometeu reiteradamente Alberto Núñez Feijóo en campaña electoral. Menos protección nas rías Pero non é a ría de Pontevedra a única que pode ver rebaixada o seu nivel de protección ambiental, xa que o ministerio dirixido por Miguel Arias Cañete toca tamén o artigo 23 da lei, no que o Goberno de Felipe González regulou en 1988 a protección do dominio marítimo terrestre na beira do mar. Segundo aquela normativa "a servidume de protección recae sobre unha zona de 100 metros medida terra adentro dende o límite interior da ribeira do mar", faixa que podería ser ampliada ata 100 metros máis previo acordo coa autonomía correspondente. A faixa de protección na ribeira das rías quedará en 20 metros Fronte a esa posibilidade de ampliar a protección, a reforma de Rajoy mínguaa para as "ribeiras das rías", onde "a extensión desta zona" protexida "poderá reducirse pola Administración do estado, de acordo coa comunidade autónoma e Concello correspondente, ata un mínimo de vinte metros". Aténdese así, segundo o Goberno central, ás "características topográficas ou hidrogŕaficas, á anchura dos cauces e á distancia da ribeira da ría respecto do límite interior da ribeira do mar". Estas son as modificacións que afectan máis directamente a Galicia nunha reforma que abrangue moitos máis puntos e que vai, por exemplo, dende o permiso para colocar publicidade nas praias ata excluír determinados enclaves do dominio público. Nomeadamente Rocafel e o porto de Santa Pola, en Alacant, a Marina de Empuriabrava e Platja d'Aro, en Girona, a ría de Punta Umbría, o casco urbano de Isla Cristina e o Caño del Cepo, en Huelva, Pedregalejo e El Palo, en Málaga, e Oliva, en Valencia, pasarán a ser patrimonio do Estado e poderían chegar a ser vendidos. |
PRAZA_11582 | Se queres unha praza de estacionamento reservada para discapacitados, o mellor é informalo no teu concello. Alí aconsellarante sobre todo o que necesites para tramitar a túa solicitude. | O 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e moitas persoas con discapacidade ou problemas de mobilidade teñen dificultades para levar a cabo actividades cotiás como percorrer a cidade ou conseguir un aparcadoiro para o seu vehículo. Polo tanto, hai prazas de aparcamento para discapacitados reservadas para membros deste grupo. Non obstante, a pesar do seu carácter xeneralizado e da súa validez tanto a nivel nacional como internacional, o seu proceso de aplicación e uso non é o mesmo en todas as localidades xa que cada municipio ou comunidade autónoma ten unha regulación diferente ao respecto.As prazas de aparcamento para discapacitados deben cumprir unha serie de requisitos e, aínda que son os concellos e os seus concellos os que os establecen, hai algúns de carácter xeral.Entre eles están:As prazas de aparcadoiro para discapacitados están situadas preto dos accesos peonís e das entradas accesibles a edificios , transporte público (tren, tranvía, estacións de autobuses, etc.) ou servizos públicos.As zonas de aparcamento reservadas para discapacitados deberán ter acceso e un itinerario peonil. Ambos deben ser accesibles e comunicar aparcamentos reservados coas vías públicas.Todas as prazas de aparcamento con discapacidade están marcadas de xeito visible e distinto, horizontal e vertical e inclúen o Símbolo Internacional de Accesibilidade e a prohibición de estacionar nelas para persoas sen discapacidade. A sinalización horizontal das prazas de aparcamento con discapacidade é antiescorregadizo.Nos espazos naturais, as prazas de aparcamento para discapacitados poden axustarse ás peculiaridades do contorno para manter un certo equilibrio paisaxístico e estético aínda que sempre se diferencian do resto.As dimensións mínimas dos aparcadoiros reservados para persoas con discapacidade son a batería ou semi- batería de 3,60 metros incluída a zona de transferencia.A zona de transferencia para prazas de estacionamento con discapacidade comunica de xeito accesible coa ruta peonil.Se hai unha agrupación de lugares dispostos en batería e liña, pódese compartir a zona de transferencia por máis dun lugar. Aínda así, esta zona debe ter un ancho mínimo de 1,4 metros.O uso de prazas de estacionamento con discapacidade está ligado á posesión dunha tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida (PMR) . A súa solicitude depende de cada municipio, aínda que en xeral son necesarios dous requisitos para conseguila: Acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% . (polo tanto, necesitarás o teu certificado de discapacidade)Ter unha escala de mobilidade reducida positiva. Para obter este certificado, o interesado deberá dirixirse a un centro para ser valorado por un dos equipos de Valoración e Orientación (EVO) aprobados e oficiais de cada comunidade autónoma.A tarxeta de estacionamento con discapacidade outórgase a persoas con discapacidade física. O resto de diversidades funcionais (intelectuais, auditivas, etc.) non poden acceder a el. O seu uso é persoal e intransferible aínda que tamén se pode usar cando o propietario é usuario do coche, aínda que non sexa o seu condutor.As persoas con mobilidade reducida en posesión dunha tarxeta de estacionamento con discapacidade teñen dereito a solicitar e obter persoalmente unha praza de estacionamento reservada. As condicións particulares desta reserva dependen de cada concello, que decidirá cantas delas se empregan para este propósito e quen ten prioridade para conseguilas.Serán tamén os responsables de establecer, nas condicións que consideren, a creación de prazas de aparcamento para discapacitados a petición específica dun solicitante.Hai dous tipos de prazas de aparcamento con discapacidade que se poden reservar:De orixe: os que se atopan preto do domicilio da persoa con discapacidade.Destino : normalmente situado en zonas de uso común como edificios públicos, centros de saúde, profesores, deportes, comerciais, de lecer, etc.Nos dous casos, o titular da tarxeta debe ser o condutor do vehículo e presentar a documentación relativa á súa validez e validez . A concesión deste último centrarase na necesidade de que este acceda á área de traballo. Neste caso, á documentación anterior deberase engadir un certificado de empresa acreditativo do lugar de traballo. Unha vez concedida a praza de aparcamento de discapacitados, o Concello deberá pintala e asinalo co rexistro do seu vehículo . No caso de crear unha nova praza de aparcamento por petición dun solicitante, debe cumprir os requisitos que vimos no punto segundo deste artigo.En calquera caso, se queres unha praza de estacionamento reservada para discapacitados, o mellor é informalo no teu concello. Alí aconsellarante sobre todo o que necesites para tramitar a túa solicitude. |
PRAZA_1280 | A emerxencia da Marea Atlántica na Coruña e a contundente vitoria de Abel Caballero en Vigo foron os factores determinantes para que os conservadores perdan o mando dos dous entes provinciais. | O PP galego obtivo o 24-M o peor resultado da súa historia nunhas municipais e o cuarto menor número de votos no país dende que Manuel Fraga fundou o partido, superando só as xerais e europeas de 1989 e as europeas de 2014. O desastre electoral que plasman o número de votos e a porcentaxe de apoio cidadán acrecéntase coa perda de mando institucional nos concellos, pero tamén en nuns dos centros fundamentais de poder e recursos: as deputacións. Na cúpula dos conservadores existía ansia por recuperar a Deputación de Lugo e temor por perder a de Pontevedra. Non recuperaron a lucense, perderon a pontevedresa e, ademais, ficou polo camiño a da Coruña. As causas desas dúas perdas cómpre buscalas, sobre todo, nas cidades.Como é sabido, a configuración dos plenos das decimonónicas institucións provinciais non se basea no voto directo da cidadanía, senón que deriva dos resultados nos concellos de cada partido xudicial. Tras o escuro e serodio reconto do domingo -na noite electoral o Ministerio do Interior non publicou os datos das deputacións- xa é posible consultar os datos de cada partido xudicial que, no caso galego, amosan que as apostas urbanas do presidente da Xunta e do PPdeG tiveron un papel crucial na caída cara á banda esquerda das entidades dirixidas ata agora por Diego Calvo e Rafael Louzán.A emerxencia da Marea Atlántica na Coruña e a contundente vitoria de Abel Caballero en Vigo foron factores determinantesNo caso da Coruña a perda de votos foi xeral pero a tradución en deputados provinciais para os populares non se moveu a respecto de 2011 en catro dos sete partidos xudiciais: Betanzos e Carballo, onde teñen 1, e Ferrol e Noia, onde conservan 2. Unha das perdas de asentos conservadores produciuse en Corcubión, onde os socialistas mantiveron o seu e o BNG gañou 1, compensando así a perda do seu deputado na Coruña. Pero as desequilibrantes foron, sen dúbida, Compostela e, sobre todo, A Coruña: na capital galega pasaron de 4 a 3 deputados e na capital da provincia, de 6 a 4.O peso das cidades na derrota obsérvase, se cabe, aínda con máis claridade na Deputación de Pontevedra, encabezada polos populares dende os tempos de Mariano Rajoy e onde os de Rafael Louzán tiñan 17 dos 27 escanos en xogo. Alén da perda dun escano no partido de Tui, onde a distribución de 2 deputados do PP e 1 do BNG pasou a ser de un para cada unha destas forzas e o terceiro, para o PSdeG, o factor desequilibrante estivo nas grandes cidades da provincia. En Pontevedra o PP perdeu un deputado provincial, pasando de 4 a 3, e en Vigo o devalo foi tal que deixaron polo camiño a metade da representación, pasando de 6 a 3.A Coruña e Vigo, capitais da derrota provincial do PPSe o panorama xeral xa amosa ás claras como as apostas urbanas da cúpula do PP impulsaron a perda das deputacións, ao achegar o foco un chisco máis ás meirandes cidades de cada unha das dúas provincias a radiografía da derrota é aínda máis evidente. No caso da Coruña a emerxencia da Marea Atlántica é o factor determinante: no partido xudicial ao que pertence a cidade o PP perdeu dous escanos, o PSdeG 1 e o Bloque ficou sen o que tiña. Mentres, na nova corporación a plataforma que encabeza Xulio Ferreiro obtén 3 deputados provinciais e a Alternativa dos Veciños, que goberna Oleiros, logra 1. En Santiago, asemade, o deputado que perde o PP é o que gaña Compostela Aberta.En Vigo a abafante vitoria por ampla maioría absoluta da candidatura encabezada por Abel Caballero e, polo tanto, a fortísima caída do PP que lideraba Elena Muñoz, é o factor fundamental do cambio de signo na Deputación. Os 3 deputados provinciais perdidos polo PP, que antes tiñan 6, pasan ás filas dos socialistas, que agora teñen 7 e son o partido vigués con máis representación no ente provincial. Ademais, o deputado que representaba o Bloque vigués correspóndelle agora á Marea de Vigo.Este é o panorama que dá lugar a que o barón provincial da Coruña, Carlos Negreira, sufrise unha dupla derrota ao perder o Concello a mans da Marea Atlántica e facer o propio coa Deputación, dirixida por un dos seus homes de confianza, Diego Calvo, que agora previsiblemente será substituído por un socialista nun posto para o que xa soan nomes como Julio Sacristán ou Valentín González Formoso, alcaldes de Culleredo e As Pontes, respectivamente. Mentres, ao sur todo semella indicar que o posto será para unha persoa de confianza do alcalde vigués, coa concelleira Carmela Silva encabezando todas as cábalas mentres o presidente saínte, Rafael Louzán, asegura agora estar disposto a aferrarse ao cargo mediante un pacto co BNG. |
NOS_36016 | O presidente anuncia que pedirá ao Banco de Santander, que pasa ser segunda entidade en Galiza, "sensibilidade" cos traballadores da entidade adquirida. Asegura que a Fundación Barrié ten garantidos os vindeiros doce anos. | O presidente da Xunta recoñece que a compra por un euro do Banco Popular-Pastor, segunda entidade en Galiza cunha cota de mercado de 20%, polo Santander "é unha mala noticia". Así o manifestou Núñez Feijóo na súa comparecencia após o Consello da Xunta para, a seguir, buscar a desculpa: a Xunta ten "cero competencias". Nada podo facer, pois, vennos dicindo Feijóo perante a liquidación dunha marca histórica (Pastor), a perda de todo o seu investimento de 60.000 accionistas galegos, ou perante o escenario incerto que se abre para os centos de empregados do Popular-Pastor en Galiza. "Non temos competencias", xustifica o presidente de Galiza. O que si se apresurou a anunciar Feijóo é que vai pedir "sensibilidade" ao Banco Santander para coas traballadoras e os traballadores na Galiza da entidade comprada por un euro. "Altura de miras" foi outra das expresións empregadas polo mandatario galego para deixar claro o que lle vai solicitar a Ana Botín e a ponte de mando do que vai ser o segundo banco no país Galiza, o Santander. O presidente recoñece que o escenario que se abre presenta problemas, tanto polos 30.000 galegos que perderon todo o investido, como polos 110 concellos onde hai duplicidade de sucursais entre Santander e Popular-Pastor, o que agoira fechamento de oficinas e aumento do paro. Iso si, quixo asegurar que a Fundación Barrié ten garantida a viabilidade durante unha ducia de anos. Por xestión da Xunta? Non, polo convenio de arrendamentos asinado no seu día entre a Fundación e o Pastor e que o Popular aceptou subrogar en 2011, cando mercado o banco galego. Reaccións Para En Marea, a venda do Popular-Pastor é "o novo espolio" no que "unha vez máis gaña a Banca" e perden "Galiza e os traballadores". Así o manifestaron Yolanda Díaz, e o deputado no Parlamento de Galicia, Manuel Lago. "Hoxe a economía galega está máis feble que onte", aseverou Lago, mentres Díaz denunciou que esta operación se fixo "coa complicidade e o silencio do poder político e dos supostos órganos reguladores". "Hoxe Galiza queda liquidada, xa non ten un sistema financeiro grazas ás políticas do Partido Popular pero especialmente do señor Feijóo". O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, mostrou a súa preocupación polos efectos que a "desaparición" do Popular-Pastor pode ter en Galiza ao tempo que advertiu das consecuencias negativas que eventualmente poden decorrer para os consumidores da concentración do sistema financeiro. "Porque dous dos bancos máis importantes van dispor de tres cuartas partes do sistema financeiro e isto é un risco para os consumidores", sinalou. |
NOS_15968 | Portugal celebra a Revolução dos Cravos com diferentes actos, presididos pela tradicional "descida na Avenida da Liberdade", em Lisboa. Também a Galiza rende tributo a uma data para a história. | Há hoje justamente 44 anos Portugal viveu o 25 de abril em maiúsculas. Uma revolução numa periferia europeia, que levantou ilusões e expectativas no país vizinho e não menos periferia europeia, Galiza. A Revolução dos Cravos derrubou a ditadura e abriu as portas para construir uma democracia na qual direitos e liberdades não fossem meros formalismos. "O povo é quem mais ordena", a palavra de ordem contida no 'Grândola', dizia-o absolutamente tudo. 25 de abril de 2018, 44 anos depois. Portugal acolhe desde há dias exposições de pinturas, mostras fotográficas, palestras, apresentações de livros ou concertos com motivo do 25 de abril. O ato central será, como é tradição, a "descida" que todos os 25 de abril tem lugar em Lisboa, organizada pela Associação 25 de abril e da qual participam milhares de pessoas e representantes do Partido Comunista, Bloco de Esquerda e Partido Socialista, bem como de sindicatos, entidades culturais e sociais ... Este ano, nesse ato estará presente Yanis Varoufakis, ex-ministro grego, que aproveitará a sua estadia em Portugal para apresentar o seu movimento DiEM25. Nos vindouros días várias localidades portuguesas (Odemira. S. João de Talho, ...) acolherão atos comemorativos do 25 de Abril organizados pelo PCP, com a presença do secretário-geral dos comunistas portugueses, Jerónimo de Sousa. Galiza A Associação José Afonso Galiza (AJA) é a encarregada de manter viva a chama do 25 de abril no nosso país. As atividades começaram com "Cinema de Abril", acto no que se visionaram em Compostela Bom Povo Português (Rui Simões, 1981) e O Cravo da Liberdade (Andreia Marques, 1996). A palestra "Os dias da liberdade" contou com a participação de Camilo Mortágua, capitão de Abril, que interveio nos assaltos ao transatlántico Santa Maria e ao Banco de Portugal que serviram para financiar a revolução; e a jornalista e professora Margarita Ledo, exilada em Portugal em 1974. A apresentação dos "Os cartazes de 25 de abril" será no próprio dia 25 de abril, às 17h30, no Auditório Municipal de Rianxo e terá como protagonista a historiadora Alba R. Silgo. Nessa mesma data haverá uma "Ruada do Grândola" que vai percorrer as praças e ruas da zona velha de Compostela, com saída às 21h00 da praça do Pam, com foliada e cantar coletivo. Será amenizada pelos Enxebres de S. Lázaro Finalmente, o concerto "Abril Sempre" será no sábado 28 de abril às 19h00 na Praça do Pam, em Compostela, com a participação dos artistas portugueses Manuel Esse "Trio" e Manuel Teixeira & António Rosa, que interpretarão canções-protesto e de intervenção para recordar os acontecimentos da Revolução dos Cravos e a trajetória de José Afonso. Teatro Colón O Show "Lisboa" de Gonçalo Guerreiro no Teatro Colón celebra este 25 de Abril às 20.30h o aniversário da Revolução dos Cravos, num acto organizado pela Deputação da Corunha. O artista lisboeta Gonçalo Guerreiro, acompanhado por um grupo de músicos da Corunha, apresenta um repertório de canções em português baseado em poemas de Fernando Pessoa: "Estas canções surgem das sensações e pensamentos que foram nascendo em mim ao longo dos anos que tenho vivido na Galiza. Eles são cantigas enraizadas na música lusófona que procuram uma sonoridade universal. Existem para que eu possa encontrar memórias da cidade onde nasci, Lisboa, no lugar onde eu moro agora ". Também em locais sociais na Galiza, como Artàbria, festejam esta data, neste caso com uma ceia comemorativa. |
PRAZA_9501 | Galego, catalán e éuscaro. Gaita, txlaparta e gralla. Inquedanzas semellantes: a defensa das linguas e culturas minorizadas, a liberdade de expresión ou o dereito a vivir no propio país uniron as e os integrantes de Gaizca Project, o Galeusca musical, nacido entre Bruxelas, Manresa e Euskadi da man das galegas Ialma, o catalán Manu Sabaté e o vasco Iñaki Plaza | Galego, catalán e éuscaro. Gaita, txlaparta e gralla -entre outros instrumentos-. Inquedanzas semellantes: a defensa das linguas e culturas minorizadas, a liberdade de expresión ou o dereito a vivir no propio país, sen ter que emigrar e/ou exiliarse. E un mesmo amor pola música. Estes son os ingredientes dos que agromou 'Gaizca Project', o Galeusca musical, nacido entre Bruxelas, Manresa e Euskadi da man das galegas Ialma, o catalán Manu Sabaté e o vasco Iñaki Plaza. Falamos con Marisol, Verónica e Eva, de Ialma, aproveitando unha das súas visitas a Galiza.Como xorde o proxecto?Marisol: Pois quixemos festexar os 20 anos de Ialma con algo diferente, que non fose un disco recompilatorio. Pensamos, por iso, en facer cousas que xa de antes tiñamos ganas de facer. Botamos a andar, en concreto, dous proxectos: un é o disco 'Alegria e Liberta', con Lucilla Galeazzi, unha muller á que coñecemos cando comezabamos con Ialma. É unha artista moi especial: chámanlle a "pasionaria musical" e conta moitas cousas da historia política do seu país, Italia, nas súas cancións…E o outro proxecto é este, 'Gaizca Project'.Podemos resumir un pouco a súa historia?Marisol: Primeiro coñecemos a Iñaki Plaza, no festival Fenêtre ouverte sur le Pays Basque, en Bruxelas. Iñaki convidounos a colaborar con el nun tema do seu último disco. E a partir de aí comezamos uns intercambios de ida e volta: primeiro nós gravamos con el, despois el colaborou con nós… Teño que dicir que algo que nos liga moito aos músicos é a amizade. A parte humana é algo moi importante, a así foi con Iñaki e con Manu."A parte humana é algo moi importante, a así foi con Iñaki e con Manu"A Manu Sabaté coñecémolo Michel Schoonbroodt -o noso axente internacional- e eu -como directora do Centro Galego de Bruxelas e programadora do festival Brosella Folk & Jazz de Bélxica- na Fira Mediterrània de Manresa. No 2017 Ialma fomos convidadas á Fira, e alí Lluís Puig, o Conseller de Cultura da Generalitat, que agora está exiliado en Bruxelas, Michel e eu reunímonos con Manu e organizamos unha residencia de creación no Dansàneu-Festival de Cultures del Pirineu 2018.Esa foi a primeira residencia, en Catalunya, e despois houbo outras. Na segunda estiveron os músicos sós, en Euskadi. Despois estivemos outra vez en Manresa, na Fira, onde presentamos Gaizca Project nun showcase para profesionais, e despois demos un concerto en Bruxelas no que gravamos un vídeo e presentamos xa os temas que estarán no primeiro disco.Tamén espertastes interese no Womex…Marisol: Ao Womex fomos promocionar Ialma, o noso último disco: 'Alegria e liberta'. Pero o que notamos é que á xente, o que máis curiosidade lle espertaba, era o noso proxecto con Iñaki e Manu. Se cadra porque si houbera proxectos musicais compartidos entre dúas das nacións -Kepa Junkera e Galiza, por exemplo- pero se cadra non un disco gravado das tres nacións xuntas. A cousa foise dando así: ao principio cada parte levaba dous temas, despois outros dous…Xuntades as tres linguas e as tres tradicións musicais. Foi moi complicado?Marisol: Non tanto, unha vez que están máis ou menos identificados os ritmos. A jota, por exemplo, está nas tres nacións, e supoño que en todo o Estado español. E despois, se probas, por exemplo, a xuntar unha muiñeira coa txlaparta, ves que funciona, que cadran moi ben os ritmos. Tamén coincidimos en temas que nos interesan: a lingua, a emigración…"Defendemos as linguas, e ademais cando explicamos que son linguas minorizadas e non minoritarias en Bruxelas enténdese ben, porque alí está o flamenco"Verónica: defendemos as linguas, e ademais cando explicamos que son linguas minorizadas e non minoritarias en Bruxelas enténdese ben, porque alí está o flamenco. Si que nos preguntan ás veces por que non cantamos en castelán, que é a lingua que usamos para comunicarnos entre nós, claro, porque non sabemos éuscaro para falalo con Iñaki…Marisol: en realidade, entre nós, falamos un pouco de todo. Falamos en francés, en catalán, e mesmo "inventamos" unha lingua así de broma… É unha experiencia moi bonita para nós. E ademais conseguimos crear un son novo: o acordeón, a gralla, a percusión… todo xunto. Aproveitamos o que pode achegar cadaquén, sen poñernos muros. Ademais, a música tradicional sempre tivo evolución. Nós só achegamos un chanzo máis."A música tradicional sempre tivo evolución. Nós só achegamos un chanzo máis"Verónica: Tamén temos un batería, Kepa Calvo, e un guitarrista: Ciscu Cardona. Ciscu dicíanos que era moi fan de Maarten Decombel que, mira, é un dos músicos de 'Alegria e Liberta'. Quero dicir que temos gustos e referencias semellantes, que escoitamos a mesma música.Marisol: Ademais, démonos conta de que son ritmos que, case todos, pódense bailar. E a nós gústanos que a xente baile e participe. Tamén nos gusta facer intercambios: Verónica toca a txlaparta e Manu a gaita galega… Era un pouco o xogo de probar, a ver se te atreves? E si que se atreven, mesmo a facelo no escenario, diante do público. E sen ningún problema. Por que unha pandeireteira non vai tocar a txalaparta?Falabades antes de temas, nas letras das cancións, coma a lingua ou a emigración. Un dos temas é moi de empoderamento feminino. Que máis hai nas letras?"Houbo xente que nos dixo que eramos atrevidas por facer cousas con Valtonyc"Marisol: Pois é un pouco o que falamos entre nós cada día....Verónica: O tema que citas fala de que, se unha muller non quere nada, un home non ten por que seguir insistindo e molestando. Somos, claro, feministas, e falamos de cousas que sentimos a necesidade de falar como mulleres. Temos outro tema, en catalán, que fala de xente que se ve obrigada a marchar do seu país. E iso é algo que está pasando: en Bruxelas temos a Lluís Puig, a Valtonyc…Marisol: é unha historia que se repite, a emigración e o exilio. E nós non imos meternos en decisións políticas, que tampouco nos chega moita información sobre o tema, pero pensamos que, polo menos, que se cumpran uns mínimos…Verónica: Claro, polo menos que haxa liberdade de expresión. Houbo xente que nos dixo que eramos atrevidas por facer cousas con Valtonyc. Non sei, se cadra os que estamos fóra temos máis liberdade…Marisol: Si, se cadra nós, por estar en Bruxelas, podemos expresar o que a xente no país non ten liberdade para dicir."Máis alá da política, defendemos que polo menos haxa liberdade de expresión"Verónica: En Bruxelas está Valtonyc, está Lluís, está Adri (o técnico de son), que tampouco puido voltar, que o acusaron de terrorista por participar nos CDR… E, como che diciamos, nós se cadra non sabemos moito do que está a pasar pero, máis alá da política, defendemos que polo menos haxa liberdade de expresión.O disco sairá cara o verán. Pensades facer xira? Porque non vai ser doado coordinar axendas. Marisol: non vai ser fácil, pero todos poñémoslle moitas ganas e consideramos o proxecto prioritario dentro dos nosos compromisos artísticos. Ademais, teremos algunha axuda das institucións para as viaxes: do Ramón Llul para os cataláns, do Etxepare para os vascos, nós do WBI (Wallonia Brussels International). Verónica: Tamén hai un tema, no disco -xa que antes falabamos de como vai ser o disco- que é de 'Alegria e Liberta'.Marisol: E un tema tradicional vasco.En éuscaro.Eva: Si, tivemos que ensaiar moito. Ao principio é difícil, pero despois queda ben na cabeza… Ademais, non é nada raro en Ialma compartir con outras músicas...Verónica: Si, estamos tan afeitas e facer cousas con músicos de todos os lados que se cadra aprender letras en éuscaro xa non nos custou tanto."Era a primeira vez que había público das tres nacións: galegos, vascos e cataláns todos xuntos"Marisol: A presentación do disco en Bruxelas foi moi bonita, nese sentido. Era a primeira vez que había público das tres nacións: galegos, vascos e cataláns todos xuntos. E tamén se notaba en a que reaccionaba máis o público de cada sitio… Tamén foi unha descuberta para moita xente belga que era a primeira vez que vía algúns dos instrumentos…O proxecto chamábase, nun principio, Galeuscat. Mudastes o nome para Gaizca Project. Galeusca é moitas cousas: ademais dos varios encontros históricos entre partidos galegos, vascos e cataláns, na actualidade é unha federación de escritores, por exemplo. Quixestes continuar esa tradición do lado da música?Verónica: Si, claro, pero tivemos que mudar o nome. Nós engadímoslle a t, pero aínda así confundíase."Quixemos buscar un nome que permitise identificar o proxecto máis a nivel musical"Marisol; Si, quixemos buscar un nome que permitise identificar o proxecto máis a nivel musical. Chamándonos Galeuscat era máis difícil diferencialo. Ademais, gaizca significa, en éuscaro, salvar, e con iso ten que ver o noso proyecto: con coidar as nosas linguas, as nosas tradicións, as nosas culturas, nun mundo de globalización no que queda moito por facer coas culturas minorizadas. O galego fálase cada vez menos nas escolas…Eva: Eu mesma, non falo moi ben o galego. Nun principio tiñamos clases na Fundación Galicia-Europa, pero despois suprimíronas.Marisol: Si, claro. Nós mesmas non falamos moi ben o galego. Tamén porque nos colles o primeiro día despois de aterrizar. Cando levamos aquí uns días xa o falamos mellor.Faládelo mellor ca moita xente que vive aquí. Non tedes maneira de aprendelo en Bruxelas, entón? No Centro Galego, digo.Marisol: É que non hai alumnos abondos. Xa é difícil na clase de baile… E así, claro, é difícil que se transmita a lingua. Coas letras en galego axúdanos Brais Fernández, que sempre entende moi ben o que queremos transmitir…Algo máis que queirades dicir?Marisol: Pois que sería moi bo vir presentar o disco aquí. O 1 de xuño estaremos no festival Compostela, en Bruxelas, e estamos organizando a xira, a ver se podemos presentar o disco nas tres nacións. |
NOS_7419 | A CIG convocou dúas xornadas de protesta, esta cuarta feira e o vindeiro 29 de xuño. O convenio colectivo caducou en 2012. | A primeira das dúas xornadas degreve convocadas pola CIG para reivindicar un convenio digno para o sector do siderometal da provincia de Ourense discorre desde primeira hora da mañá cunha participación maioritaria. "En empresas como Gestamp -a principal do sector- só traballaron no turno de noite uns 20 traballadores/as, fronte aos 120 habituais, paralizando a área 2 e a zona de pintura", indican. O sector siderometalúrxico de Ourense está convocado a esta greve contra a paralización das negociacións do convenio colectivo, un convenio que caducou en 2012. A mobilización foi aprobada a principios de mes nunha asemblea de traballadores. O sindicato nacionalista afirma que patronal e CCOO e UXT están a intentar "boicotear" a greve. "Pretenden que os traballadores asinen xa un convenio que ampliaría a xornada laboral a fin de semana". A pretensión da patronal de que se traballase na fin de semana levou xa en 2015 á CIG a abandonar a mesa do sector, convidando CCOO e UXT a facer o mesmo. A central nacionalista sinalaba que o mandato dos afiliados e delegados/s e o sentir maioritario dos traballadores era contrario a esa pretensión. |
PRAZA_16794 | "Vexo difícil que a solución ao master de Cifuentes vaian ser as fotos de Feijóo no iate dun narcotraficante", advertiu Pontón (BNG) nunha sesión na que o presidente volveu botar man da herdanza dos gobernos de Zapatero e do bipartito, finalizados hai seis e nove anos | A crise do master de Cristina Cifuentes non permitirá a Feijóo medrar como líder estatal no PP porque ten ás súas costas unha polémica aínda maior, a da súa amizade con Marcial Dorado. Iso é o que transmitiron este mércores no Parlamento de Galicia os portavoces de En Marea e BNG e o que se pensa na cúpula do PSdeG. "Vexo difícil que a solución ao master de Cifuentes vaian ser as fotos de Feijóo no iate dun narcotraficante", verbalizou a nacionalista Ana Pontón nunha sesión de control ao Goberno galego na que Feijóo recorreu novamente a culpar á herdanza deixada polos gobernos de Zapatero en Madrid e do bipartito de PSdeG e BNG na Xunta, hai seis e nove anos respectivamente. "Vexo difícil que a solución ao master de Cifuentes vaian ser as fotos de Feijóo no iate dun narcotraficante", díxolle Ana Pontón a Feijóo A coidada ambigüidade coa que o presidente Feijóo vén referíndose á actuación da presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, ao desvelar eldiario.es que obtivo un master de xeito fraudulento é vista tanto no seu partido como por analistas externos como un xeito de presentarse a si mesmo como máis limpo e mellor colocado na carreira sucesoria de Mariano Rajoy dentro do PP. Porén, este mércores Pontón centrou a súa pregunta ao presidente na conxelación dos orzamentos do Estado para Galicia, que presentou como exemplo do pouco peso do PP galego en Madrid. Pontón lembroulle a Feijóo que hai un ano prometeu presidir el mesmo unha comisión de seguimento dos investimentos do Estado en Galicia da que pouco se volveu saber, "unha comisión que nunca existiu, e iso que ía estar presidida por vostede mesmo, xa vemos que a súa palabra ten a mesma credibilidade que o máster de Cifuentes", dixo a nacionalista, que posteriormente engadiría a antedita frase: "Vexo difícil que a solución ao master de Cifuentes vaian ser as fotos de Feijóo no iate dun narcotraficante". As resposta de Feijóo comezaron acusando a Pontón de "facer o ridículo" e de non saber "sumar e restar" ou calcular porcentaxes, mesmo explicándolle en que momentos do sistema educativo se aprenden esas cuestións. Feijóo defendeu o seu propio peso político e nivel de esixencia ante Madrid asegurando que "esta Xunta é máis esixente co Goberno Rajoy que a deputada Pontón co Goberno Zapatero". Villares acusou a Feijóo de gardar "silencios cómplices das cousas que pasan no seu partido", entre as que citou a revelación que lle fixo un delegado do Goberno da existencia das súas fotos con Dorado Tamén o portavoz de En Marea, Luís Villares, tentou fiscalizar a actuación do Goberno galego en materia de investimentos ao cuestionar o seu apoio á construción dunha nova autovía paralela á autoestrada de peaxe AP-9 cun trazado que ao seu ver non terá utilidade. "Eses mapas fannos desde Madrid os mesmos que falsifican os master", dixo Villares, que acusou a Feijóo de "gardar silencio" ante o deseño errado das infraestruturas por parte do Goberno central igual que "garda silencios cómplices das cousas que pasan no seu partido", entre as que citou a revelación a Feijóo por parte dun delegado do Goberno da existencia das súas fotos con Dorado, como contou o propio presidente na súa entrevista no programa Salvados. Para Villares ese feito supón unha "revelación de secretos que están baixo sumario" o que o levou a acusar a Feijóo: "Está vostede encubrindo delitos", dixo, ao tempo que lle preguntou que delegado do Goberno o avisara das fotos. Na súa resposta Feijóo volveu eludir responder a esa cuestión e cargou contra Villares por "imputar delitos de forma continuada valéndose da súa inviolabilidade", algo que considera "lamentable para calquera deputada da Cámara" pero máis no caso dun xuíz en excedencia como o portavoz de En Marea. Feijóo tamén volveu cuestionar a falta de liderado de Villares en En Marea, grupo do que dixo que nel "ninguén defende a ninguén", en velada referencia á crise interna entre os que consideran que a deputada Paula Quinteiro debe dimitir tras o seu altercado coa Policía Local de Santiago e os que a defenden, e nunha xornada na que a Coordinadora da formación prevé pedir que sexan as bases da formación as que se pronuncien ao respecto. Precariedade na sanidade pública O presidente volveu botar man da herdanza dos gobernos de Zapatero e do bipartito, finalizados hai seis e nove anos Foi en resposta a unha terceira pregunta, formulada polo portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sobre a precariedade do persoal na sanidade pública galega, cando Feijóo, como xa fixera para responder a Pontón, volveu tirar da herdanza recibida para xustificar as eivas actuais. Leiceaga salientou que, segundo os propios datos estatísticos do Goberno galego, o 26% do persoal sanitario ten contratos eventuais, porcentaxe que aumenta ata ao 30% se se ten en conta tamén ao persoal en formación. Feijóo centrou a súa réplica en salientar o investimento en obra pública coa renovación ou construción de novos hospitais e centros sanitarios ao tempo que se preguntou "canto tempo leva Andalucía sen sacar prazas?" O presidente reiterou o seu obxectivo de que en 2020 a porcentaxe de interinidade na sanidade pública galega sexa do 5% e atribuíu a lentitude ao "pufo" que herdou do bipartito de PSdeG e BNG na Xunta e a que o Goberno central de Zapatero "nos deixou unha sanidade sen planificar". |
NOS_15181 | A necesidade dunha estratexia industrial para o país. | A estas alturas xa case ninguén dubida de que a economía verde e o respecto ao medio ambiente xogarán un papel crucial durante o século XXI. De forma coherente con esta expectativa, a UE decidiu apostar pola sustentabilidade como pedra filosofal fronte á hexemonía estadounidense e o auxe da economía chinesa, chamada a liderar os mercados mundiais nas vindeiras décadas. Proba de que nos últimos tempos Bruxelas veu centrando os seus esforzos nun mellor posicionamento global de Europa mediante o apoio á transición ecolóxica é a posta en marcha para o período de programación 2021-2027 de diferentes instrumentos pertencentes aos Fondos Estruturais e ás Políticas de Cohesión. Estableceuse, por exemplo, que o Feder e o Fondo de Cohesión contribuirán en 30% e en 37%, respectivamente, á achega da Unión ao gasto financiado para a consecución dos obxectivos climáticos establecidos no seu orzamento. Ademais, o Fondo de Transición Xusta apoiará a adaptación cara a unha economía climaticamente neutra de aquí a 2050, na liña do estabelecido pola Lei europea do clima. Máis aló do apoio estrutural da UE, a posta en marcha dos coñecidos como Fondos Next Generation UE supuxo, cando menos a nivel planificación, un reforzo desta estratexia a favor da sustentabilidade. Destaca dentro destes fondos o mecanismo de Recuperación e Resiliencia, que mobiliza un total de 650.000 millóns de euros a nivel europeo para o período 2021-2024. A nivel estatal, dos 140.000 millóns de euros asignados a través de Next Generation UE, o 12% destinarase a impulsar infraestruturas e ecosistemas resilientes, mentres que o 9% asignarase á transición enerxética. As cifras baralladas parecen marear, pero seguramente non aos lobbies que permanecen á espreita dos recursos públicos. Tal é a influencia destes grupos de poder nas decisións sobre as políticas que no inicio do mes de xaneiro, para dar a benvida a este 2022, xa saltaba a primeira polémica a grande escala. O Goberno francés pretendía que os investimentos realizados en prol da enerxía nuclear e do gas fosen subvencionables como investimentos verdes (Francia conta na actualidade con 59 centrais nucleares). Pero esta manobra gala é só a punta do iceberg das batallas para a captación dos fondos que se libran a diferentes niveis e que tamén afectan á comunidade autónoma. Unha misión para a economía verde Alén da súa evidente importancia estratéxica, neste contexto de presións dos poderes económicos crear unha misión de economía verde sería tamén beneficiosa para Galicia. Mais sería conveniente subliñar algúns aspectos estruturais clave para a conformación dunha misión deste tipo. a) O primeiro viría determinado polo papel central que vai xogar o sector enerxético á hora de ser beneficiario de recursos europeos. Nun país superavitario de enerxías como a eléctrica a priori isto non debería ser unha mala nova. Porén, as fugas de recursos cara a outros territorios e a ausencia de exercicio público dos monopolios naturais non convidan ao optimismo. b) Un segundo aspecto ten que ver directamente coa conformación e apoio a proxectos enerxéticos galegos. De igual maneira que o Goberno francés exerceu a súa presión sobre a UE, cabe pensar que algo similar poida ocorrer a nivel autonómico por parte das grandes corporacións para captar os investimentos. Se é así, os proxectos apoiados non necesariamente virían solucionar os problemas da economía e medioambientais galegos, senón os desas grandes compañías, con frecuencia preocupadas na maximización dos seus lucros. Para evitar esta situación cobra especial relevancia a idea de misión e de Estado emprendedor defendida por investigadoras como Mazzucato. Para esta, as administracións públicas deben xogar un papel máis proactivo, de orientación e liderado da innovación e de apertura de novos mercados. Os proxectos apoiados non necesariamente virían solucionar os problemas da economía e medioambientais galegos, senón os desas grandes compañías c) O terceiro aspecto tería que ver coa creación dun ecosistema favorable para o desenvolvemento da economía verde en Galicia. Para isto sería preciso unha combinación de políticas en clave "verde". Este pack incluiría desde políticas industriais que favorecesen o crecemento das empresas do sector, a políticas de incentivos (fiscais, revisión e apertura de determinadas patentes, etc.), ou políticas educativas (creación de novas titulacións e plans de estudo no ámbito universitario e na formación profesional, así como formación ás empresas adaptada, etc.) para desenvolver unhas bases sólidas para as próximas décadas. d) Un cuarto aspecto é a exixencia da implicación da sociedade na misión verde seleccionada. Nesa liña o adecuado quizais sería incitar e capilarizar o debate crítico e construtivo sobre a misión medioambiental seleccionada. Ter en mente estes aspectos sería necesario para sentar uns sólidos alicerces que permitan construír unha misión para a economía verde galega. A non ser que queiramos que a aposta polo medio ambiente non sexa máis que un bluff para xustificar investimentos, en vez de contribuír a crear futuro, e limpar conciencias, e non o planeta. |
NOS_52061 | Non vai ser unha Diada calquera. A mobilización xigante -ninguén dubida que o será- vai percorrer Barcelona días despois de a Fiscalía se querelar contra representantes do poder executivo e lexislativo catalá, os que se acusa de organizar o referendo axendado para o 1-O. Os aparatos do Estado ameazan mesmo coa prisión para Puigdemont e Junqueras -presidente e vicepresidente, respectivamente-, ben como para o resto dos membros do Govern. Todo apunta a que a Diada del Sí será aínda máis masiva do que en anos anteriores. Así o permiten predicir as 400 mil persoas xa inscritas para tomaren parte nela. En 2016, a cifra nas vésperas era de 342.000, 58 mil menos. | Por volta de 400.000 persoas inscritas, 1.800 autocarros xa confirmados e 900.000 euros recadados para facer fronte solidariamente, a xeito de caixa de resistencia, ás sancións económicas impostas aos responsábeis encausados pola realización do referendo anterior, o de 9 de novembro de 2014. Eses son, grosso modo, os grandes números que manexan as entidades convocantes da baptizada como Diada del Si, a Assemblea Nacional de Catalunya e Òmnium Cultural. A manifestación desta Diada del Si comezará a partir das 17:14 (non por caso, en 1714 Catalunya perdeu as súas liberdades nacionais ao ser derrotada na chamada Guerra de Sucesión) e a súa organización -ao ser unha concentración de centos de miles de persoas- implica un elevado grao de complexidade. Daí que se optase por abrir un censo de inscrición e por asignar a cada persoa ou grupo inscrito unha zona de ubicación concreta no espazo urbano -basicamente o Passeig de Grácia e o Carrer d'Aragó- en que irá decorrer a marcha. O percurso da manifestación está dividido en 49 tramos. Neste momento, segundo os últimos dados da organización, está garantida a ocupación de practicamente todos e é previsíbel que haxa un ultrapasamento das expectativos coas inscricións de última hora. Os responsábeis quer de ANC quer de Òmnium non dubidan que esta Diada del Si -o lema é un claro chamado a votar pola independencia no referendo- será a "máis masiva de todas". Na manifestación haberá representación da política galega: teñen confirmado a súa presenza Ana Pontón, Rubén Cela e Ana Miranda polo BNG e Luís Villares, Ana Seija e Antón Sánchez por En Marea |
NOS_42457 | A empresa de automóbil propúxolles a Paco e David, unha indemnización de 45 días por ano traballado mais os operarios e a CIG rexeitan a oferta e anuncian mobilizacións. | Coa súa proposta a dirección de Citroën recoñece de maneira implícita que se producíu un despedimento improcedente no caso de Paco e David, os dous operarios despedidos por cometeren, din desde a empresa, unha falta grave no proceso de montaxe dos vehículos. Nos últimos días, a Citroën ofreceulles aos dous traballadores unha indemnización de 45 días por ano traballado a cambio de dar solución ao conflito xurdido após o seu despedimento. Desde a central sindical nacionalista (CIG) aseguran que tanto David como Paco rexeitaron a proposta de Citroën porque a súa saída da fábrica foi inxustificada. Esta foi a primeira achega por parte de Citroën desde que os dous operarios foron despedidos. Até o momento, ningún responsábel da dirección de Citroën contactara con eles. Nen sequer, cando se iniciou unha folga de fame que durou por volta dun mes. Unha acción que tivo por obxecto denunciar a política "represiva" coa que, din, actuou a empresa automobilística após acusar aos dous empregados de teren cometido unha infracción moi grave no desenvolvemento das súas funcións. Coa súa oferta de indemnización Citroën recoñece un despedimento improcedente no caso dos dous operarios Cumpre lembrar que a decisión de Citroën devén dunha protesta levada a cabo por David e Paco logo de que lles fose encomendada unha maior carga de traballo sen a correspondente compensación con máis axuda por parte doutros compañeiros. Neste contexto, os dous operarios decidiron deixar sen marcar --como correspondía-- unha das pezas dos vehículos que, no entanto, explicaba Francisco Alonso en conversa con Sermos Galiza, si comprobaban que fose no lugar correspondente. Desde a CIG salientan que nunca antes na historia de Citroën se producira un despedimento en tales circunstancias sendo o procedemento habitual a abertura dun expediente sancionador por falta grave. Porén, aseguran desde a central sindical, "non é casual que a empresa tome este tipo de decisións nun contexto no que está a acelerar os ritmos de traballo e a precarizar as condicións laborais". Aliás, o vindeiro mes de outubro a factoría acollerá eleccións sindicais polo que a medida pode ter por obxecto, afirman desde a CIG, desmobilizar o cadro de persoal, uns 6.000 operarios. Calendario de mobilizacións Así, após rexeitaren a proposta de Citroën, a CIG anuncia un novo calendario de mobilizacións coas que demandarán a readmisión de Paco e David. A vindeira segunda feira, 18 de agosto, á unha da tarde, está convocada unha concentración ás portas da factoría de PSA, coincidindo co primeiro día de regreso á actividade tras o parón vacacional. Ademais, a central sindical vén de convocar outra protesta para o 27 de agosto, nesta ocasión ás portas da planta de PSA Peugeot-Citroën en Madrid, onde está a responsábel de recursos humanos do Grupo a nivel peninsular, á quen a Sección Sindical lle remitiu xa un escrito explicando a situación da factoría de Vigo e reclamando a súa intervención. |
NOS_52293 | Várias cidades portuguesas foram palco este sábado de manifestações contra a política austeritária do Governo de Pedro Passos Coelho e Paulo Portas. A coordenadora nacional do Bloco de Esquerda acusou o Governo de levar o "medo" aos locais de trabalho. O líder da CGTP apelou à mobilização contra as políticas do executivo. | A CGTP-IN promoveu este sábado manifestações em todos os distritos do país, e também nas Regiões Autónomas dos Açores e da Madeira, contra as políticas austeritárias do governo PSD/CDS-PP, e o consequente empobrecimento da população, exigindo novas políticas económicas e sociais. Em Lisboa, a manifestação teve início no Cais do Sodré e terminou nos Restauradores, onde o líder da intersindical, Arménio Carlos, proferiu o discurso de encerramento. "PSD e CDS-PP salvaguardam interesses da alta finança" O secretário-geral da CGTP-IN afirmou que "PSD e CDS-PP já provaram que a salvaguarda dos interesses da alta finança se sobrepõem a quaisquer outros, mesmo que estejam em jogo direitos humanos fundamentais". "Não há saídas limpas com mais de um milhão e 400 mil pessoas sem emprego, uma dívida incomportável, juros insuportáveis e um Tratado Orçamental que visa amarrar-nos a uma política que corta no investimento, reduz as funções sociais do Estado e fomenta o empobrecimento, para aumentar a exploração e as desigualdades", frisou Arménio Carlos. O dirigente sindical reforçou a necessidade de aumentar o Salário Mínimo Nacional para 515 euros. "Esta reivindicação é tanto mais justa quando, se o valor do SMN fosse atualizado de acordo com a inflação desde 1974, neste momento já teria atingido os 584 euros", referiu, apelando à participação na Petição Pelo Direito ao Emprego e à Proteção Social no Desemprego, que se vai assumir como um "instrumento para a luta". Arménio Carlos defendeu que as próximas eleições europeias devem servir para "mostrar um cartão vermelho" ao Governo e anunciou novas "lutas" para o mês de março, apelando à mobilização. "Na semana de 08 a 15 de março, sob o lema 'basta de injustiças e desigualdades' e que assumirá uma ampla expressão nos locais de trabalho dos setores público e privado, com greves, e paralisações e outras ações em todo o país, tendo como objetivo central a resolução dos problemas que afetam a vida dos trabalhadores", anunciou Arménio Carlos, referindo ainda a "luta específica" marcada para 08 de março, Dia Internacional da Mulher. Segundo o secretário-geral da CGTP-IN, é "preciso" também intensificar durante fevereiro uma luta permanente sobre as questões laborais e sublinhou a importância de "uma luta" até ao dia das eleições. "Uma luta que temos de levar até ao voto, fazendo das próximas eleições para o Parlamento Europeu um momento para mostrar o cartão vermelho aos que, lá como cá, estão comprometidos com a política que inferniza a nossa vida e hipoteca o desenvolvimento do país, fazendo também do voto uma arma para uma alternativa de esquerda e soberana", salientou. O Governo está a levar o "medo" aos locais de trabalho A coordenadora nacional do Bloco de Esquerda, Catarina Martins, acusou o Governo de estar a levar o "medo" aos locais de trabalho. "O que nós vemos é que o programa de ajustamento é uma desculpa da direita para retirar direitos ao trabalho e hoje, quando o Governo faz propostas atrás de propostas para que os despedimentos sejam sem justa causa - tal como conhecemos -, há essa nova proposta sobre a avaliação de desempenho que nem sequer existe na maior parte das empresas", afirmou a dirigente bloquista. Segundo Catarina Martins, isto significa que, "de uma forma arbitrária e em função do chefe do momento, voltamos ao baixo salário e à época do medo em que não há democracia nos locais de trabalho". A deputada do Bloco de Esquerda lembrou também que continuam a ser destruídos postos de trabalho de 35 e 40 horas semanais e os "únicos postos que estão a crescer" são os estágios, e o subemprego. "O Governo e a 'troika' (Fundo Monetário Internacional, Banco Central Europeu e Comissão Europeia) disseram que era preciso um programa de ajustamento para resolver os problemas estruturais do país e a verdade é que chegamos agora - quase três anos depois - e nenhum problema estrutural foi resolvido. Pelo contrário, todos se agravaram", acrescentou. "Portugal tem hoje maior défice de educacional do que tinha, tem hoje menos emprego e menos salários, tem menor proteção social, tem mais desigualdade e o que o programa de ajustamento fez foi destruir em menos de três anos o equivalente a quase uma década", afirmou ainda Catarina Martins em declarações à agência Lusa. |
NOS_11118 | O último balanzo oficial do confronto nas rúas entre os coletes amarelos e as forzas policiais deita marcas inéditas nas últimas décadas: máis de 1.700 persoas detidas e 260 feridas. A crise non pasou desapercibida en Washington. En twitter Donald Trump ligou o descontentamento popular en Francia á aplicación do acordo de París sobre as alteracións climáticas, do que se retirou os Estados Unidos ao chegar o magnate republicano á Casa Branca. | A estratexia de Trump é colocar unha cuña entre o movimento dos coletes amarelos e o Palacio do Eliseo. O presidente dos EUA, tan verboso en twitter como de costume, deslizou nun chío que a insatisfacción popular ten a ver cos efectos da aplicación do Acordo de París sobre as alteracións climáticas. "Un día e unha noite moi triste en París. Talvez sexa o momento de pór fin ao acordo de París, ridículo e extraordinariamente caro, e devolver o diñeiro á xente por medio dunha redución de impostos", chiou o inquilino da Casa Branca. "O Acordo de París non funciona tan ben para Francia. Manifestacións e disturbios por toda a parte", engadiu. A resposta desde a capital gala non se fixo esperar e veu da man do ministro de Asuntos Exteriores, Jean-Yves Le Drian, quen este domingo convidou Trump a non se enlear na política interior francesa. "Díxenlle a Donald Trump, e o presidente da República [Emmanuel Macron] tamén llo dixo: nós non tomamos partido nos debates americanos, déixenos en paz, déixenos vivir a nosa propia vida como nación". Friccións diplomáticas con Washington á marxe, un cada día máis acorralado Emmanuel Macron tentará esta segunda feira retomar a iniciativa co anuncio de "medidas concretas" e "inmediatas" para tentar desactivar o conflito que enfronta o seu goberno co movimento dos "coletes amarelos". |
NOS_6727 | A novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, así como a posesión doutro material, custáronlle ao autor ser detido, xulgado e encarcerado, durante case dous anos, por un suposto delito de propaganda ilegal. | O docente e investigador da Universidade de Vigo (Uvigo) Fernando Ramallo localizou e promoveu a restauración dunha obra inédita de Xosé Luís Méndez Ferrín que, xunto á posesión doutros exemplares, motivou o seu encarceramento en 1969. Tres libros de Mao-Tse-Tung, dúas revistas sobre Cuba, un libro sobre Hô-Chi- Minh, o poemario Os nenos do Vietnam de Farruco, mais sobre todo tres exemplares da súa novela inédita de 41 páxinas asinada co pseudónimo de Laín Feixóo, Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, custáronlle a Ferrín ser detido, xulgado e encarcerado, durante case dous anos, por un suposto delito de propaganda ilegal. Segundo precisou a universidade nun comunicado, Ramallo recolleu este proceso de recuperación no artigo De arquivos, memoria e literatura política: a recuperación da novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro de Xosé Luís Méndez Ferrín, que se publicará na revista A Trabe de Ouro. Ademais, o investigador pediu ao autor a que faga pública a novela . "Na nosa opinión, o texto, alén do seu innegábel valor literario, ten un valor histórico de primeira magnitude, polo que animamos o seu autor a que a faga pública. Confiamos que así sexa, porque a súa publicación será o punto final da restauración e, asemade, Galiza quedará agradecida", asegurou Ramallo. Ferrín escribiu a novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, de 41 páxinas, baixo o pseudónimo Laín Feixóo hai máis de 50 anos. Desta maneira, foi dedicada a "O Piloto, derradeiro guerrilleiro e Galicia, abatido a tiros en Belesar (Lugo) no ano 1965. Na memoria de Foucellas, Ponte, Raul, Bailarín, Curuxás e tódolos xefes guerrilleiros que defenderon o honor, a liberdade, a democracia da NACIÓN GALEGA e morreron". Polo de agora só transcenderan algúns fragmentos recollidos na sentenza que condenou a prisión o escritor. Nestes incluíanse referencias explícitas ao antifascismo, aos maquis galegos asasinados, á democracia e á revolución, entre outros. Nun contexto marcado pola aplicación do estado de excepción en España, o autor afirmara na súa primeira declaración na comisaría de Vigo no mes de xaneiro, no proceso iniciado polo Tribunal de Orden Público, que esta obra inédita constituía unha ficción alegórica baseada en feitos reais que non pensara publicar. Cumpridas as penas de prisión ás que Ferrín foi condenado, primeiro no centro penitenciario de dilixencias de Vigo e posteriormente na colonia penitenciaria de El Dueso en Santoña, os tres exemplares, así como a tradución encargada a Francisco Fernández del Riego polo xuíz instrutor do Tribunal de Orden Público, de Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, caeron no esquecemento. Localización En marzo de 2018, tras unha conversación co tamén ex presidente da Real Academia Galega, o investigador Ramallo iniciou un proceso que permitiu a localización da obra inédita. En concreto, Os corvos, a figueira e a fouce de ouro formou parte da documentación relacionada co caso da detención de Méndez Ferrín e dos fondos do actual Centro Documental da Memoria Histórica, situado en Salamanca, que depende da Secretaría de Estado de Cultura. Unha vez recuperada a novela, comprobouse que quedara compactada nun bloque debido á humidade, que tamén causara que se xerasen microorganismos diversos, como fungos e insectos. Dado o deterioro que presentaban as copias e a tradución, o equipo de restauración do Arquivo Provincial de Salamanca desaconsellou a manipulación da obra. O tamén director da Área de Normalización Lingüística da universidade explicou que o informaran de que o proceso de restauración debía tramitarse ante o Arquivo Histórico Nacional, así como que, de aceptalo, suporía un longo tempo. Con todo, explicou que insistira na necesidade de restaurar o manuscrito "máis aló de demora temporal que puidese levar consigo" ao aludir á relevancia das obras de Méndez Ferrín "cunha explícita referencia á súa candidatura ao Premio Nobel de Literatura en numerosas convocatorias". Restauración Desta maneira, en xuño de 2018, obtívose a confirmación de que a obra fora enviada ao Laboratorio de Restauración do Arquivo Nacional, cuxos traballos concluíron en setembro de 2019. Así, remitíronse as imaxes dixitais solicitadas, entre as que se incluían dúas copias da novela e unha da tradución, o que permitiu editar o manuscrito. Aínda que houbo partes que non se recuperaron das distintas copias, comprobouse que as que non eran lexíbeis nun dos documentos non resultaran danadas noutros. Así, salvo algunhas palabras que non se puideron aclarar, a obra recuperouse practicamente por completo. Ademais, acordouse co autor o mantemento dos fragmentos orixinais, aínda que non respectasen a normativa actual, e marcáronse con distintas cores as partes construídas. |
NOS_21164 | A formación vasca considera que "a posición do Estado é monolítica e agresiva" e considera "revolucionaria" a vía soberanista que defende. | EH Bildu sinalou que a denominada 'vía vasca' que propón é "revolucionaria" ao sinalar un "camiño inédito" e subliñou que non se pode pedir á sociedade vasca que "se quede de brazos cruzados esperando non sabemos que descubrimento en Madrid". Nun comunicado, a coligazón soberanista valorou así mesmo o pacto que formacións catalás e entidades civís acordaron esta sexta feira sobre o establecemento dunha folla de ruta soberanista, que consideran que é un "espello" no que mirarse. Por iso, Bildu destacou que o de Catalunya é un "exercicio de acordo" para unha folla de ruta que xa conta cun principio de acordo entre diferentes actores políticos e sociais. "Nós desexamos que esa folla de ruta acade o maior consenso posíbel entre os partidos políticos e a sociedade civil catalá para dotar da maior viabilidade e forza ao proceso independentista catalán", considerou. Ademais, defendeu que a 'vía vasca' é "revolucionaria" porque "propón transitar unha vía inédita até a data en Euskal Herria". "Imposíbel é neste momento pensar que poida chegar acordo algún desde Madrid cando a posición do Estado é tan monolítica como agresiva para cos dereitos nacionais do pobo vasco", argumentou. Nesta liña, apuntou que "esperar a non sabemos que cambios de actitude e até de goberno ou outras circunstancias en España, é como crer en ectoplasmas, unha actitude irreal, ilusa e irresponsábel" |
NOS_28550 | A lei implica un "imposto á choiva", sinala Pontón | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou a Xunta a retirar o anteproxecto de lei de mellora do ciclo integral da auga porque, segundo afirmou, suporá un aumento de até 60% na factura. En rolda de prensa, Pontón explicou onte que con esta reforma un fogar de tres persoas que consume 39 metros cúbicos ao mes pasará de pagar 16 a 25,95 euros ao mes -sen contar o IVE- naqueles concellos en que a Xunta asuma a xestión da depuradora. E farase, dixo, a base de a Xunta incrementar o canon de xestión das depuradoras e de incluír un novo canon á xestión da rede de recolectores. "Feixoo prepara unha suba do recibo pola innovadora fórmula de cobrar por depurar a auga de choiva. Antes foi o imposto ao sol e agora é o imposto á choiva", aseverou. Pola súa banda, o portavoz do PP no Parlamento galego, Pedro Puy, negou que se vaia producir unha suba da factura e rexeitou as cifras dadas tanto polo BNG como pola Federación Galega de Municipios e provincias (Fegamp), que tamén alertou nos últimos días do incremento do prezo da factura coa nova lei. Puy subliñou que o abastecemento é "unha competencia municipal" na que o Goberno galego "leva anos apoiando os Concellos" con "aproximadamente 1.100 millóns de euros nunha década". Fronte a isto, a nacionalista cargou contra o Executivo galego por querer subir o canon da auga ao tempo que sitúa nos Concellos a decisión de repercutir ou non a suba sobre a veciñanza. "É dicir, que para Núñez Feixoo a autonomía local consiste en que os Concellos decidan se repercuten ás veciñas e veciños a suba da auga que planea a Xunta ou se recortan noutros investimentos como política social", ironizou. Aliás, reparou en que "ao incremento do canon de saneamento, que afectaría de cheo os 28 concellos cuxas depuradoras son xestionadas pola Xunta, hai que engadir a suba do canon da auga a todos aqueles municipios que teñan perdas superiores a 20% na rede de abastecemento". A este respecto considerou que hai moito por facer para mellorar o abastecemento e o saneamento na xestión da auga, "pero iso non se soluciona subindo o prezo da auga" ás familias. Reflexión da líder do BNG A líder do Bloque lamentou onte que ao presidente da Xunta "lle moleste" a súa reflexión interna sobre se seguir ou non á fronte do BNG, despois das críticas do tamén líder do PPdeG a esta decisión. "Reflexionar non debería ser usado contra ninguén", expresou. "A axenda do BNG, a axenda de Ana Pontón, non a marca o señor Feixoo, márcaa en todo caso o interese xeral das galegas e galegos", subliñou. |
NOS_40934 | Miguel Costas é unha das figuras fundamentais no rock galego. Quen fora fundador e inconfundíbel voz de Siniestro Total e compositor degran parte dos seus éxitos, así como artífice de Aerolíneas Federales, volve á carga co seu novo disco: Non me cuentes tu vida, impregnado da esencia dun Costas en estado puro. | Moitos lle perderon a pista a Miguel Costas despois de abandonar Siniestro Total en 1994, pero o certo é que nunca deixou de gravar e pisar os escenarios, primeiro baixo o nome de Los Feliz e dende 2008 co seu propio nome. Din que co tempo os músicos van evoluíndo e madurando, mais cando se trata dun dos personaxes máis bagunceiros e irreverentes ese axioma por sorte sempre falla. Escoitar os 11 temas que compoñen este traballo é unha viaxe musical na que o novo e o vello xúntanse creando un ambiente case atemporal. Bestia, un tema espido e directo, é o comezo desta viaxe de 31 minutos, na que os seguidores da banda atoparán agradábeis sorpresas como que por fin se editan auténticos himnos como El Botellón e Yo que sé, que dende hai anos formaban parte do repertorio en directo mais que nunca foran editados de xeito oficial. No quedan aquí as sorpresas, xa que tamén inclúe Inmunízate, unha revisión actualizada e moi mellorada dun dos bonus tracks dixitais de Condenados a Costas. O Costas máis punk atopámolo en Carne de Cañón, un dos temas máis rápidos do disco e cunha divertida letra feita a base de frases tópicas ao que lle segue Diferente, un tema reivindicativo e combatente contra os que manexan o sistema que ben se podería converter nun novo himno xeracional. O primeiro single extraído do disco é De Palisandro, que non deixa de ser unha clara declaración de intencións do que sempre foi a carreira de Costas, unha aposta por facer o que sempre lle petou sen deixarse levar polas modas nin polo mercado. E seguindo este camiño en contra dos canons, achamos Leonor, unha divertida anti-balada que conta como rexeita á muller máis fermosa e perfecta da que todos están namorados. Os compases de Sálvame fan lembrar ao Anarchy in the UK que lle dará un delicioso recendo aos Sex Pistols aínda que evolúe por uns terreos máis escuros, cunha letra deprimente aínda que cunha xanela aberta ao salvación. Tamén musicalmente escura é Tal Para Cual o que contrasta coa letra optimista. Pecha o disco Old, Wild & Free, un tema que se converteu no meu favorito dende a primeira escoita. Non sei si por ese aire festeiro, por escoitar a Costas cantar un retrouso en inglés ou porque ben a poderían ter gravada The Clash e converterse nun éxito mundial. De palisandro, madeira da que están feitos os diapasóns das guitarras dende que Leo Fender substituíra a madeira de bordo por esta madeira, está feita a gorxa de Miguel Costas. De puro rock divertido, xenial e sen complexos e de palisandro está feito No me cuentes tu vida,, ese disco que estabamos agardando que por fin fixera Costas. Non vos deixedes enganar por imitacións, se non é Costas, non é o auténtico. Listaxe de temas1. Bestia2. Yo que se3. Carne de cañón4. Diferente5. El botellón6. De palisandro7. Inmunízate8. Leonor9. Sálvame10. Tal para cual11. Old, wild & free Costas na RedeWeb: www.miguelcostas.comFacebook: www.facebook.com/BANDACOSTAS/Twitter: @COSTAS_Banda Vindeiros Concertos23/04: Sala Le Club (A Coruña)30/04: Aldeola Galega Festival (Malpica de Bergantiños) 03/06 OurenRock (Ourense) |
NOS_3160 | A organización frontista convoca unha manifestación e exixe eleccións anticipadas. O portavoz nacional da organización frontista, Xavier Vence, anunciouno na Caeira coincidindo co dia da Galiza Mártir e denunciou que o PP dá hoxe "o mesmo golpe" pola "vía da corrupción sistemática" que noutrora deu de maneira violenta | "Os galegos teñen que reaccionar e dicir basta", afirmou de maneira taxativa o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. A organización frontista convocou este sábado desde a Caeira (Poio) unha "gran mobilización" a prol dos dereitos nacionais da Galiza. A manifestación terá lugar o vindeiro mes de setembro, o día 15. A organización frontista chama o pobo galego a se sumar "a esta batalla" e "rescatar a democracia" Segundo Vence, o protesto visa reclamar a soberanía nacional e "dar resposta ao desmantelamento das conquistas sociais e do autogoberno" promovido polo Partido Popular desde a Xunta e Madrid. "O que fan hoxe", afirmou o voceiro nacional do BNG en relación aos gobernos da Xunta e do Estado, "é o mesmo golpe que no seu día deron pola vía violenta". Con motivo dos actos de conmemoración do Día da Galiza Mártir, desde o Bloque lanzan un chamamento aopobo galego para se sumaren "a esta batalla" a prol "dos valores da democracia e a soberanía". Neste senso, asegurou Xavier Vence, a manifestación visa clamar por un proceso de "reconstrución dos poderes democráticos" e a posta en marcha de "políticas ao servizo do país". A mobilización visa pular por un proceso "de reconstrución dos poderes democráticos" Eleccións anticipadas para "rescatar a democracia"O portavoz nacional da organización frontista criticou con dureza a "corrupción endémica" que asolaga o Partido Popular e urxiu a convocatoria de eleccións anticipadas para, dixo, "limpar o sistema político". Así, animou á cidadanía a "rescatar a democracia". O O dirixente nacionalista anunciou que iniciarán unha campaña "de sensibilización e concienciación social" de aquí ao vindeiro 15 de setembro en aras de promover unha "rebelión cidadá" para rematar coa "cumplicidade entre os poderes económicos e o PP" que, asegura Vence, "están destrozando" o país. |
PRAZA_19147 | En Marea, PSdeG e BNG repróchanlle ter acudido "sen plan" e "sen posición de país" e acúsano de conformarse "co statu quo". Villares e Pontón advírtenlle que Galicia "non é rexión nin provincia" e apostan por un modelo de financiamento "propio" ou por un "pacto fiscal". | Toda a oposición arrefriou a euforia coa que Feijóo deu conta este martes no Parlamento dos resultados para Galicia da Conferencia de Presidentes de comunidades autónomas celebrada a pasada semana. Mentres o presidente da Xunta amosou "certa satisfacción" e fixo un balance "positivo e esperanzador" para o país por "terse escoitado e aceptado as formulacións" do Goberno galego, nomeadamente de cara á negociación dun novo modelo de financiamento autonómico, En Marea, PSdeG e BNG censuraron tanto o acadado como a estratexia. Feijóo fixo un balance "positivo e esperanzador" para Galicia por "terse escoitado e aceptado as formulacións" da Xunta De feito, os tres portavoces da oposición coincidiron ao reprochar a Feijóo que acudise ao cónclave "sen pactar antes unha posición de país". "Veu aquí con todo dado e é todo bastante opaco", dixo a nacionalista Ana Pontón, que considerou "un bluf" o cónclave. Fernández Leiceaga, voceiro do PSdeG, recriminoulle tamén que a Conferencia "non se tivera preparado previamente en Galicia" porque "nin chamou nin mandou documento ningún". "Gustaríanos ter sabido a que foi porque non soubemos cal foi o seu plan", engadiu Villares, portavoz de En Marea. Feijóo insistiu en destacar que a Conferencia acordase obrigar a estudar o impacto do gasto sanitario de modo diferenciado no modelo de financiamento, a importancia da dependencia ou o problema demográfico no país. "Por primeira vez terase en conta o custo efectivo dos servizos públicos", destacou o presidente da Xunta. "Está marcado o campo de xogo e queda moito por traballar", engadiu. A oposición censurou que Feijóo acudise a Madrid "sen pactar antes unha posición de país" co resto dos grupos Con todo, ningún partido da oposición se amosou satisfeito e todos eles reclamaron maior ambición nas propostas para o futuro modelo de financiamento. "Calquera proposta semellante á actual non soluciona os problemas de Galicia, non vale abordalo como se foramos unha provincia sen autonomía política propia", dixo Villares, mentres que Leiceaga insistiu no "moito ruído e poucas noces" e reclamou que Feijóo puxese cifras. "Reconsidere a estratexia de submisión aos intereses do PP que nos conducen á irrelevancia política como país", dixo Pontón, que reclamou unha "relación bilateral" co Estado para "non quedar no tren das rexións". Villares e Pontón coincidiron en advertir do perigo de que Feijóo deixe Galicia "no tren das rexións" ao non defender o seu "carácter nacional" O voceiro de En Marea coincidiu: "Non somos unha rexión, somos unha nacionalidade histórica". E apostou por que Feijóo "defenda o carácter nacional de Galicia". "Non queremos xogar na segunda división do financiamento, queremos un sistema diferente e propio que nos permita levar a cabo políticas económicas propias", engadiu, tras reprocharlle a Feijóo que "acepte o statu quo, o dun país minguante". Na súa réplica, Feijóo pediu "máis humildade" a Villares e a Ana Pontón que non reclame medidas "do nacionalismo do século XIX", ademais de volver aludir ao bipartito. A Leiceaga contestoulle sacando declaracións de presidentes autonómicos do PSOE que gabaron os resultados da Conferencia de Presidentes, logo de instar a unha proposta única galega para combater a violencia de xénero e chamar á colaboración, ademais da necesidade de pactar e da "vontade negociadora" para acordar o nome do experto que a Xunta achegará á seguinte reunión das autonomías non debate do novo modelo de financiamento e para elaborar unha lei de impulso demográfico. O BNG pediu a Feijóo que, de querer subir ao tren "das nacionalidades históricas, suba ao tren dos que reclaman un concerto económico". "Quere anular a presenza de Galiza como nación", insistiu Pontón, que denunciou a "submisión" do presidente. Villares e Leiceaga reprocháronlle, ademais, non ter unha proposta clara e definida sobre o modelo de financiamento que pretende o Goberno e acusárono de pregarse ao que se lle ofreza desde o Executivo central. Mentres, o portavoz do PPdeG, Pedro Puy, gabou unha Conferencia de Presidentes onde se acadaron "once acordos" e contrapúxoo a outras anteriores sen apenas resultados. |
NOS_49698 | Representantes sindicais de CIG, CCOO e UGT presentaron esta sexta feira na Fiscalía do TSXG un escrito de autoinculpación en solidariedade con Ana, Tamara, Carlos e Serafín. | Representantes de CIG, CCOO e UGT autoinculpáronse perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) de ser "cómplices e indutor@s" de accións e mobilizacións "en defensa da clase obreira". A protesta enmárcase na campaña de mobilizacións que as tres centrais sindicais están a desenvolver baixo o lema "Defender os dereitos da clase traballadora non é delito", en rexeitamento "á ofensiva opresora do PP e na demanda do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara". Manifestación en Pontevedra Varios centos de persoas percorreron Pontevedra para, entre outras causas, rexeitar os últimos casos de represión sindical e reclamar o indulto para xas catro persoas condenadas a prisión por participaren en piquetes. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, afirmou que "non é casual que se estean a producir este tipo de sentenzas inxustas e desproporcionadas, xa que a Fiscalía e a Xustiza están a seguir as directrices do Goberno españo para criminalizar a resposta social ás medidas antiobeiras que está a aplicar", indicou. Mobilizacións o luns 30 de xuño Estas accións realizáronse previamente á xornada central de mobilizacións convocadas no marco da campaña contra a represión sindical e pola defensa das liberdades democráticas, que terá lugar o vindeira segunda feira, 30 de xuño. - A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h. - Ferrol: manifestación dende a Praza de España ás 20.00 h. - Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h. - Ribeira: concentración na Praza do Concello ás 20.00 h. - Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 20.00 h. - Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h. - Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h. - Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h. - Pontevedra: concentraciónna Praza da Peregrina ás 20.30 h. - Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h. - Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h. |
NOS_48479 | Cristóbal Montoro considera que no 'caso Pujol' conflúen varios delitos e di que ''non vai ficar impune''. Podemos e Guanyem impulsan unha querela contra a familia Pujol Ferrusola. | O Parlement en pleno pide a Jordi Pujol que compareza con urxencia, "coa máxima celeridade". Unha petición unánime da cámara catalá para que o ex-'Honorable' explique a fraude de millóns de euros. De non facelo, organizacións como ERC, Icv, CUP, Cs e PP abren a porta a impulsar unha comisión de investigación. Mentres, o ministro español de Fascenda, Cristóbal Montoro, afirmou que o caso Pujol "non vai ficar impune" e mesmo asegurou que pudieron ser cometidos varios delitos. Montoro desbotou que Pujol se acollese á amnistía fiscal e cualificou o acontecido como un dos maiores fraudes fiscais da historia da democracia. E tamén en relación con este caso, Podemos e Guanyem anuncian que van interpoñer unha querela contra a familia Pujol Ferrusola. |
NOS_51815 | A representación sindical do sector nos edificios e locais denuncia que o estabelecemento dos servizos mínimos é "abusivo", especialmente nas instalacións que dependen do Sergas. Alerta de que non pensan ceder nas súas exixencias até ter unha proposta da patronal "digna". | O Diario Oficial da Galiza (DOG) vén de publicar hoxe os servizos mínimos para a folga do sector da limpeza en edificios e locais da Coruña e a representación sindical das e dos traballadores consideran que o que se estabeleceu é un réxime "abusivo mesmo reforzando labores a realizar". Os representantes da CIG, UXT e Comisións Obreiras veñen de advertir de que a folga vai ser un problema de orde pública -máis grande do que xa suporía o paro para a clientela- se non hai garantías de que o persoal poida secundala, sobre todo en infraestruturas do Sergas. Esta mesma terza feira Paulo Rubido (CIG), Alejandra Gesto (CCOO) e Juan Carreira (UXT), que integran o comité da folga, denunciaron publicamente a actitude da patronal á hora de fixar, coa Administración, os horarios de traballo "absolutamente impresentábeis" e incompatíbeis coa posibilidade de exercer un dereito. Por iso, anunciaron que se presentará un recurso "contra os servizos mínimos abusivos decretados pola administración e advertir que, de non se garantir o dereito constitucional á folga das traballadoras e traballadores, converterán o conflito nun problema de orde pública". Na súa comparecencia, as e os representantes laborais tamén fixeron fincapé nas duras condicións de traballo na limpeza, un ámbito de traballo moi feminizado (preto dun 95% dos traballadores son mulleres) e con xornadas a tempo parcial e salarios que están "anualmente entre 8.000 e 10.000 euros". Un sector á alza Aliás destacar que os homes teñen mellores condicións non quedando a tan pouco de superar o Salario Mínimo Interprofesional, destacaron que a patronal non pode tratar así ao seu persoal tendo en conta que non sufriu a crise da Covid-19. Segundo Rubido, sucedeu case o contrario pois incrementouse a contratación porque as desinfeccións son máis continuas e requírense en máis espazos para evitar a propagación da pandemia. Por iso, os tres sindicados cualifican de "precariedade absolutamente infame" a situación. Para percibir "un salario minimamente digno teñen que comezar a súa xornada laboral as 06 e a rematan ás 20 ou 22 horas porque pasan o día traballando para bastantes empresas, tendo que realizar desprazamentos dunha empresa a outra sen que ese tempo teña a consideración de retribuído". Con esta situación de partida, o comité de folga -os paros están convocados para esta quinta feira 22 de abril, e para os días 11 e 12 de maio- considera que o conxunto das empresas está actuando dunha forma "usureira" e "avara". "No caso de non ser atendidas as nosas reivindicacións, máis xornadas de folga haberá", advirten, pois os dous últimos días xa son unha nova incorporación. As centrais sindicais subliñan: "Só pararemos nas nosas reivindicacións, nas nosas convocatorias de folga, e por moitos obstáculos que nos poña a propia administración galega, cando a patronal da limpeza da Coruña ceda e estableza propostas de negociación que sexan minimamente dignas nos tempos que corren". |
NOS_45997 | Luis R. Brage deixou unha pegada profunda na música do país, autor da rapsodia galega por excelencia: 'Follas novas'. Porén, o seu nome permanece case no anonimato. Unha publicación do Consello da Cultura Galega, que asina o musicólogo David Ferreiro, rescata e contextualiza a relevancia das súas achegas. | Non hai banda, orfeón, orquestra ou coro que non pasase pola rapsodia galega por excelencia: "Follas novas". Porén, o nome do seu compositor resulta descoñecido para a maioría da sociedade. Falamos de Luis Brage, cuxa vida e obra protagonizan a última publicación do Consello da Cultura Galega (CCG). O estudo que asina David Ferreiro non se cingue ás vivencias, senón que se achega á persoa "en relación co contexto social, cultural e ideolóxico", o que permite entender a Galiza musical de principios do século XX, da que formou parte activa Brage en todos os eidos: orfeóns, orquestras, bandas... O CCG xa recuperara en 2015 a mencionada obra canónica, mais completa agora a reivindicación da figura con Luis R. Brage Villar. Obra e memoria. O libro inclúe ademais tres pezas do seu repertorio bandístico recentemente recuperadas por Ferreiro: "O botafumeiro", "O gaiteiriño" e "Boris". Para o desenvolvemento do estudo resultou fundamental a biblioteca de traballo que ficaba no interior da casa de Ribadavia que Brage abandonou ás présas en 1936, ante as posíbeis represalias tras o golpe de Estado. Na vila ficou a lenda de que existía un baúl con material do compositor. Ferreiro localizou o actual propietario da vivenda e descubriu que o que contaban era certo: alí atopou desde temas que empregaba para tocar até algunhas partituras propias, unha serie de documentos "indispensábeis para comprender a súa maneira de traballar". Tamén apareceu o libreto da zarzuela A fonte do lago, un proxecto que se lle debeu encargar pero que, polos motivos que for, non chegou a realizar. Unha vida esquecida O apelido deste autor é eminentemente coñecido polo pianista Ángel Brage Villar, irmán de Luis, que foi o primeiro director do Conservatorio de Santiago e na actualidade dá nome á sala grande do Auditorio da Galiza. A popularidade deste eclipsou unha figura que foi, ademais, vítima da represión baixo o réxime franquista. Nado en Compostela en 1886, Ferreiro define a súa primeira etapa vital como "itinerante". Moveuse entre 1886 e 1929 a través de diversas ocupacións musicais que moldearían a súa personalidade e a súa experiencia profesional. Formado en Santiago, pasou varios anos en Melilla, dirixiu brevemente o Orfeón Pontevedrés ou unha orquestra no Teatro da Zarzuela en Madrid, ademais de estar á fronte da orquestra do teatro García Barbón de Vigo. Así, a súa traxectoria ofrece unha visión "do panorama cultural e musical da Galiza do primeiro terzo do século XX", expresa Ferreiro. A etapa máis activa da biografía de Brage é o período que pasa en Ribadavia (1929-1936). Para alén das representacións líricas, os bailes no Club Artístico e o Carnaval, o seu labor como director da banda de música La Lira vai ser o máis salientábel, e tamén o que leve a Ferreiro a se interesar pola figura, "musicalmente enchoupado das súas historias" durante os seus anos de formación na vila. "Da súa man esta agrupación converterase nun referente musical da Galiza daqueles anos, unha importancia que se acentuará a partir da chegada da Segunda República en 1931", escribe. Para alén de músico, Brage foi un activista cultural e un intelectual moi comprometido coa realidade da súa época, desde un ideario progresista vencellado ao galeguismo ou ás Irmandades da Fala. Todo isto custoulle a condena a morte, conmutada a 30 anos de cárcere dos que finalmente cumpriu tan só tres. Mais xa fóra do presidio, a represión e o ostracismo oficial aínda pesarían. Na práctica, foi a fin da súa carreira musical e "perdeu a popularidade proxección que tivera". As obras recuperadas O libro presenta, como parte da restauración da memoria de Brage, tres pezas recuperadas -aínda que non como parte do achado do baúl. "O botafumeiro" é un pasodobre bastante coñecido, mais do que non existía partitura fixada nin manuscrito orixinal. Deste tema, o propio Brage dixo que era a primeira obra de temática galega que compuxo. Pola súa banda, "O gaiteiriño" é unha especie de subxénero dentro da rapsodia do país á que o propio autor chamaba "cousa galega". Por último, recóllese "Boris", unha "rareza" dentro do repertorio do compositor que enlaza os temas da ópera Boris Godunov (Modest Mussorgsky). De modo máis xeral, a obra de Brage encádrase, desde o punto de vista estilístico, dentro do conservadorismo estético que dominaba na primeira metade do século XX entre os compositores galegos. De tal maneira, o autor afonda nas raíces do "folclore e na música de tradición oral para compor as súas melodías", que harmoniza de forma clásica, "académica pero sinxela". |
NOS_7879 | Nunha auto ditado pola Sección Primeira da Sala do Penal coida "arbitrarias" as prácticas "polo seu carácter sistemático". | A defensa do preso independentista, Carlos C. Varela, comunicou esta terza feira (11 de novembro) o contido dunha sentenza pronunciada pola Audiencia Nacional na que se consideran 17 cacheos aos que foi sometido o preso durante os dous últimos anos. O tribunal advírtelle a Institucións Penitenciarias que estas prácticas, desenvolvidas con "carácter sistemático" contra Calvo Varela, carecen de "xustificación" e son "arbitrarias". Os feitos foron denunciados polo preso independentista en sucesivas ocasións para o que se achegaron 17 ordes subscritas polo "funcionario intervinte" da prisión de Topas, sinalan nun comunicado. Os cacheos producíronse entre o 16 de decembro do 2012 e o 1 de febreiro de 2014. Carlos C. Varela foi cachado de maneira sistemática até en 17 ocasións sen xustificación algunha, segundo recolle o auto da Audiencia Nacional Nas ordes "recollíase como motivo da adopción do cacheo integral a Carlos a sospeita de que posuíse substancias ou obxectos prohibidos", explica o seu letrado, Benet Salellas. Porén, estas consideracións facíanse "sen máis concreción e sen nunca detectarlle nada perigoso nen estrano". Noutras ocasións, acrecentan, argüíase "simplemente unha orde da dirección" até o punto de ser sometido até en 17 ocasións a espidos integrais por parte do persoal de prisión. Após presentaren unha queixa perante o Xulgado Central de Vixiancia Penitenciaria --que foi desestimada-- a defensa de Carlos Varela presentou un recurso que, finalmente, a Audiencia Nacional española resolveu dando a razón ao preso independentista. No auto, o tribunal reprende a decisión de Institucións Penitenciarias e considera ilegais os cacheos ao tempo que, sinala, "non hai motivación" para proceder a eles. "Dicir que o control sobre o corpo do interno con espido íntegro se xustifica na sospeita de posuír substancias ou obxectos prohibidos en materia de dereito fundamental é equivalente a non dicir nada", recolle a sentenza emitida polo tribunal. Neste senso, o xuíz Ramón Sáez, relator do auto xunto c@s maxistrad@s Fernando Grande Marlaska e Manuela Fernández Prado, pregúntase "que substancias podería ocultar?" o preso ou "en que obxecto se pensaba?" para xustificar os cacheos. Así, arquiva e anula todas as actuacións e declara infractora a Institucións Penitenciarias. Carlos C. Varela atópase desde setembro de 2011 preso en réxime de illamento condenado por "pertenza a organización terrorista" e "tenza de explosivos". A condena aínda non é firme pois foi recorrida perante o Tribunal Supremo, aliás, conta cun voto particular no xuízo inicial no que un dos maxistrados demandou a súa absolución. |
NOS_41789 | Segundo puido saber Sermos Galiza, o avogado de Aurelia, a anciá coruñesa sobre a que pesaba unha orde de desafiuzamento, chegou a un acordo coa familia Pereira, a dona da morada en que aquela viveu desde 1979. En virtude dese acordo, Aurelia deixará de morar en Padre Feijóo número 9. Finalmente, a comparecencia informativa de Stop Desafiuzamentos será esta segunda feira apartir das 9.30 horas. | O acordo fragouse a pasada sexta feira, mas houbo tirapuxas e non se deu concretizado até hai apenas unhas horas. Onte mesmo Aurelia chegou a rachar un papel que previamente asinara. Fontes próximas á negociación indicaron a Sermos Galiza que Aurelia Rey irá viver agora a un piso na rúa Falperra. Descoñécese se ese inmóbel é tamén propiedade da familia Pereira. Esquerda Unida da Coruña informou sobre a existencia do acordo através da súa conta twitter nun chío emitido por volta das 22.30 horas en que se remitía ao blog de Stop Desafiuzamentos da Coruña. Porén, nese caderno dixital non hai aínda ningunha referencia a este asunto. Aurelia Rey ía ser despexada da súa morada, pola que pagaba un aluguer de 126 euros, por demorarse no pagamento da renda correspondente a un mes, débeda que máis tarde pagaría. Os seus ingresos son de apenas 375 euros mensais, unha pensión non contributiva. |
NOS_50431 | Preto de 200.000 persoas, segundo a organización, asisten á celebración da entrada no Parlamento de Carles Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí. Puigdemont insta o independentismo a se preparar para a "loita definitiva". | As mellores previsións quedaron curtas. O Parque de Exposicións de Perpinyà, na parte de Catalunya controlada polo Estado francés, converteuse hoxe no epicentro do independentismo. O Consell per la República celebrou neste lugar a entrada de Carles Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí ao Parlament, reunindo até 200.000 persoas segundo fontes da organización, que descen a 110.000 nas estimacións das autoridades francesas. Preto de 600 autobuses, vehículos particulares e trens chegaron desde todos os puntos do país para congregar esta gran masa cidadá no que é o primeiro acto independentista de 2020, tan só tres días após arrincar a mesa de diálogo entre o Govern e a Moncloa. "Precisámosvos a todos, iso é o que garante o futuro dun pobo ", aseverou Puigdemont Puigdemont reclamou "preparación" para facer fronte "ao abuso e a inxustiza". "Precisámosvos a todos, iso é o que garante o futuro dun pobo ", aseverou, facendo unha chamada a estar listos "para a loita definitiva". O president citou o pasado 1-O como exemplo de organización, a chave da vitoria. A independencia é para el un "anhelo maioritario", razón pola cal o Estado lles negaría o voto. "A República é a única garantía de poder pór fin, dunha vez por todas, a un réxime monárquico que é herdanza directa do franquismo e ten alerxia a catalanitat", sinalou o eurodeputado de JxCat. Puigdemont celebrou o "compromiso de loita insubornábel" da cidadanía, apuntando que se debe manter en "mobilización permanente". Así, non se trata de "esperar tempos mellores", pois "xa os temos aquí", proclamou. As represaliadas, tamén presentes No acto tamén estiveron presentes as persoas represaliadas que, quer por atoparse na prisión quer pola súa situación xudicial, non puideron comparecer fisicamente en Perpinyà. Oriol Junqueras, presidente de ERC, preso en Lledoners, e Marta Rovira, secretaria xeral exiliada na Suíza, falaron a través dun vídeo. "Situamos a independencia no centro da política catalá e española", asegurou Junqueras. Rovira, pola súa banda, destacou que "só podemos permitirnos avanzar". Percibe que cada vez son mais e que "a represión nos quere pequenos, ameazados [...]. Acabemos cos debates internos, teñamos claro quen é o adversario político que temos que vence". Aproveitou tamén para celebrar as vitorias xudiciais máis alá das fronteiras estatais. "Acabemos cos debates internos, teñamos claro quen é o adversario político que temos que vence", dixo Rovira Nesta mesma liña, Jordi Turull, exconseller da Presidència, implorou unidade a todos os actores para afastarse da resignación e valorou como "acertado" o feito de se teren "bifurcado" entre prisión e exilio, pois a acción exterior enfrontou o estado co reflexo "da súa propia infamia". Jordi Cuixart, presidente de Òmnium Cultural, e Jordi Sànchez, presidente da Crida, chamaron tamén a "derrotar a desunión". Pola súa banda, tamén varios integrantes dos Comités de Defensa de la República (CDR) apresados o 23 de setembro, o rapeiro Valtònyic ou o activista Adrià Carrasco participaron a través de vídeos. O exconseller Antoni Comín, membro do Parlamento Europeo, opina que "para gañar de todo virán máis sacrificios, sempre desde a loita democrática. Precisamos as condicións para que a confrontación saia ben. Asumamos se de verdade queremos ser libres, porque debemos asumir o prezo da nosa liberdade". Engade que se ten demostrado que "España non é un Estado de dereito normal, pois non respecta os dereitos políticos máis elementais e non é unha democracia plena". "Somos de Catalunya e non temos que pedir permiso de España para selo", sinalou Clara Ponsatí Clara Ponsatí afirmou para ela é un engano "contrapor diálogo e independencia", pois non "serve de nada" procurar encaixe en España. "Somos de Catalunya e non temos que pedir permiso de España para selo", sinalou a eurodeputada de JxCat. Os republicanos, representados por Ernest Maragall, aseguraron que este acto é o "contrapunto necesario" á mesa de diálogo. |
NOS_49514 | Denunciarao perante a Xunta da Galiza e a RAG e trasladará a cuestión ás forzas parlamentarias a fin de que promovan unha proposición non de lei. | O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo censurou esta cuarta feira, a través do comunicado, que a plataforma Galiza Nomeada esqueza a presenza da toponimia galega presente nos territorios do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas sanabresas. Este é un proxecto colaborativo impulsado pola Xunta da Galiza e a Real Academia Galega (RAG) que ten por obxectivo a recuperación da toponimia oral. Até o momento recompilou 160.000 microtopónimos. "No Bierzo levamos décadas de reivindicación a prol da recuperación da nosa toponimia galega. Acotío temos enfronte os atrancos políticos e xurídicos das institucións de Castela e León. E agora vemos que tamén institucións públicas da Galiza se opoñen a isto", sinalaron. A este respecto, Fala Ceibe considera "lamentábel" que desde a Galiza "fixen un lindeiro político entre comunidades veciñas, para ignorar a toponimia berciana de hoxe". "Lembremos que os Estatutos da Galiza e da Real Academia Galega regulan parcialmente a protección do chamado galego exterior. Estamos convencidos que esta política lingüística é claramente antigalega, porque o galego histórico racha coa fronteira política actual e está moi presente nos tres territorios estremeiros anteditos", engaden. A toponimia histórica berciana está "moi presente", apuntan, nos tumbos dos mosteiros (Carracedo, San Pedro de Montes, Santo Andrés de Espiñareda…). Conta tamén cos "vellos protocolos notariais", nos que se delimitan as terras dos concellos rurais ou as leiras dos labregos. "Hoxe os mapas topográficos nacionais, do Instituto Xeográfico Nacional, recolle aínda os topónimos galegos do Bierzo occidental. Os filólogos galegos, como Francisco Fernández Rei e Ana Seco Orosa, estudaron a toponimia galega do Bierzo, outro tanto acontece co asturiano Jesús García e García", salientan. En consecuencia, Fala Ceibe do Bierzo denunciará por escrito, perante a Xunta e a RAG, esta cuestión, alén de trasladala aos partidos políticos representados no Parlamento da Galiza, a fin de que se debata na Cámara unha proposición non de lei. |
NOS_52265 | Unha inciativa do Grupo Mixto na comisión parlamentar de Pesca, apoiada por todos os grupos, permitirá satisfacer demandas históricas do colectivo. | O Parlamento da Galiza aprobou na sexta feira, por unanimidade, unha proposta do Grupo Mixto para mellorar as condicións laborais das redeiras, aplicábeis tanto á regulamentación do seu traballo como aos espazos nos que o desenvolven. A iniciativa foi defendida polo deputado Francisco Casal na comisión de Pesca. Nesta proposta de mellora, o deputado do Grupo Mixto incidiu na necesidade de desenvolver ciclos formativos para as redeiras que permitan introducir melloras nos seus métodos de traballo, englobados nos propios orzamentos da Consellaría do Mar. Casal destacou na súa intervención que a situación do colectivo é "completamente inadmisíbel", e que o papel do Goberno nas peticións das profesionais non pode ser "o de ignorar as condicións de traballo que padecen e as consecuencias para a súa saúde". No documento aprobado pola comisión parlamentar inclúese a necesidade de que a Xunta demande modificacións no réxime especial das traballadoras do mar ao Goberno estatal. Estas refírense a súa homologación coas percebeiras e mariscadoras e o recoñecemento dun coeficiente redutor, que implica unha menor idade de xubilación como compensación pola dureza do seu traballo, para as redeiras; único subsector da pesca "que non o ten recoñecido". Fenda de xénero O Grupo Mixto lembra que a Federación de Redeiras O Peirao, constituída por sete asociacións de Cariño, Cedeira, Malpica, Corme, Cambados, Cangas e o Baixo Miño, iniciaron hai anos "un camiño de recoñecemento para poder levar a cabo os seus obxectivos, entre eles a regulación a nivel estatal da profesión de confección e mantemento de redes e aparellos de pesca". A agrupación, formada por 110 redeiras, tamén demanda a prevención de riscos laborais ou o recoñecemento das continxencias profesionais derivadas do seu labor. A Federación de Redeiras O Peirao solicitou no seu momento a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social o inicio dos trámites para veren recoñecidos os coeficientes redutores, en contra do recomendado por informes da Unión Europea ou do Ministerio de Pesca. O Grupo Mixto lembrou que os seus compañeiros masculinos si viron recoñecido este beneficio e chamaron a rachar con esta fenda de xénero. |
NOS_17020 | Reitera que os seus deputados votarán en contra dos Orzamentos do Estado se non hai cambios "substanciais" | O Consello das Mareas acordou na súa reunión de hoxe "pór en marcha un plan de financiamento local". O voceiro de En Marea, Luís Villares, apuntou que resulta fundamental para un espazo como o que lidera, "onde o municipalismo ten tanta importancia", a elaboración dunha proposta política e económica para o financiamento dos concellos. Esta iniciativa, asegurou, "será debatida e compartida coas mareas locais" e pretende ser unha "proposta que formule as reformas que consideramos necesarias tanto a nivel estatal, autonómico e municipal para que os concellos dispoñan dun financiamento acorde cos servizos que prestan". Desde En Marea constátase un "infrafinanciamento" municipal e que "resulta necesario reformar todo o sistema de financiamento local", asegurou Villares. Na rolda de prensa posterior ao Consello, o portavoz de En Marea quixo expresar o seu apoio "a todas as mobilizacións sanitarias que teñan lugar en Galiza e, en especial, á manifestación que terá lugar en Santiago a vindeira fin de semana" e chamou a atención sobre "a perda de dereitos que padecen as galegas desde hai dez anos nun proceso que é necesario reverter". Ademais, manifestou que o Consello das Mareas mantén a súa "negativa decidida aos Orzamentos do Estado pola súa falta de compromiso con Galiza mentres non se avance na negociación co Goberno", malia que a maioría dos seus deputados no Congreso manifestaron anteriormente que si que o farían. A vicevoceira do partido instrumental, Ana Seijas, explicou que "a nosa posición fronte aos Orzamentos do Estado segue sendo de votar en contra" e sinalou que a situación agora era de "negociación co goberno", pero que mentres non se consiga unha mellora substancial na posición galega nesas contas a posición das deputadas de En Marea "será votar en contra". Villares tamén lembrou que o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, "terá que explicarse sobre o pacto andaluz" esta semana. "Terá que dicir", proseguiu, "se está a favor ou en contra" e se "entende que o que está pedindo o seu socio de goberno en Andalucía é que desapareza a Xunta de Galiza". O portavoz de En Marea apuntou que o líder do PPdeG está a vivir "unha situación paradoxal porque o balanzo da súa xestión á fronte da Xunta nos últimos dez anos é moi claro: unha década na presidencia, cero transferencias conseguidas, e iso malia contar con gobernos amigos en Madrid". Segundo Villares, as "comenencias partidarias de Feixoo fan que durante as últimas semanas adopte o disfraz de autonomista e centrista para reclamar en quince días o que non se atreveu a reclamar en dez anos". |
PRAZA_8492 | Inicia unha investigación de oficio sobre o polémico proxecto, solicita toda a documentación e reprende a Xunta por non ter en conta un alarmante informe do CSIC. O Valedor tamén inicia unha investigación. | A Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, vén de iniciar unha investigación de oficio sobre a mina a ceo aberto de Corcoesto. Así, solicita toda a documentación pertinente sobre o proxecto mineiro ante a alarma creada polo informe publicado pola Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e a Universidade de Vigo, que non se tivera en conta durante o proceso de avaliación de impacto ambiental, tal e como informa a plataforma Salvemos Cabana. Soledad Becerril lémbralle á Xunta as advertencias de contaminación dun informe que non tivo en conta durante a avaliación de impacto ambiental A Oficina do Defensor del Pueblo remitiulle unha carta á Consellería de Medio Ambiente da Xunta na que lle lembra que o devandito informe alcara que "un século despois de quedar sen actividade a antiga mina de ouro de Corcoesto e extraerse 2.363 onzas, a explotación segue vertendo e contaminando con arsénico (uns 850 quilos), a canle do río protexido Anllóns (Lugar de Interese Comunitario e Zona de Especial Protección para as Aves)". A Xunta xa contestou asegurando que a produción de arsénico na zona era natural. No entanto, tal e como lembra Salvemos Cabana, Soledad Becerril fai patente a preocupación da poboación da zona "cando o proxecto actual consiste nunha explotación a ceo aberto, planificada para un horizonte temporal de trece anos cunha produción total de 1.095.000 onzas de ouro" cando "o citado informe científico afirmaría que nesta mina as rochas presentan unha cantidade de arsénico 50.000 veces maior á habitual e os chans multiplican por 400 a proporción dun terreo non contaminado, polo que pode deducirse que o impacto ambiental será considerable". "O artigo científico que se cita non pon de manifesto ningún impacto non considerado previamente durante a avaliación ambiental", dille o Goberno galego á Defensora, polo que rexeita "impoñer nesta fase condicions adicionais ás xa establecidas na Declaración de Impacto Ambiental". Salvemos Cabana pide "a anulación inmediata da Declaración de Impacto Ambiental positiva da mina" Pero cos datos, xa no seu momento presentados e convenientemente fundamentados dende a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Salvemos Cabana solicitou á Consellería de Medio Ambiente, que en decembro desatendeu as alegacións e denuncias realizadas por numerosas asociacións e individuos particulares. "a anulación inmediata da Declaración de Impacto Ambiental positiva da mina de Corcoesto". Ademais, solicita de maneira urxente que se proceda a realizar "medicións exhaustivas" sobre os actuais niveis de arsénico presentes no Esteiro do Anllóns onde a diario se realizan tarefas de marisqueo, así como "o seu impacto sobre as explotacións gandeiras e a calidade do leite da área de influencia da antiga explotación mineira", e que se inste "de inmediato a suspender calquera movemento de terras futuro que poida incidir na afectación directa ou indirecta do rio Anllóns, que poidan aumentar os niveis de concentración de arsénico en augas e chans da zona protexida". Investigación do Valedor do Pobo Ademais, o Valedor do Pobo tamén leva a cabo unha investigación sobre a incidencia da mina en Cabana, desde o punto de vista ambiental, arqueolóxico e socioeconómico e baseándose nas oito queixas que xa foron rexistradas na defensoría galega. Por iso, xa remitiu unha recomendación e unha petición á Consellería de Economía e Industria. Así, segundo un comunicado do Valedor, os cidadáns expresan nas súas queixas a "preocupación" pola contaminación, a protección do medioambiente e o perigo dos bens arqueolóxicos, tras denunciar "dificultades" para acceder á información do impacto ambiental. O Valedor coincide co Defensor del Pueblo ao destacar a relevancia que tivo o informe do CSIC no que se alerta dos altos niveis de arsénico no río Anllóns. O Valedor do Pobo comprométese a "completar as investigacións" que permanecen abertas "en breve prazo" e "velar pola protección dos dereitos dos veciños afectados en todos estes aspectos que lles preocupan". |
NOS_54408 | Cos datos da EPA como pano de fondo e as case trescentas mil persoas desempregadas na Galiza, UGT e CCOO saíron ás rúas nestes primeiro de maio co lema "sen emprego de calidade non hai recuperación". Milleiros de persoas xuntáronse nas nove manifestacións convocadas polas dúas centras sindicais estatais na Galiza. | A rúas da Coruña, Ferrol, Compostela, Viveiro, Lugo, Ourense, Vilagarcía, Pontevedra e Vigo foron atravesadas por milleiros de persoas que, convocadas por CCOO e UGT, responderon ao lema "Sen emprego de calidade non hai recuperación". "As manifestación respondía ás políticas de austeridade impostas polo gobernos central e galego ademais dos organismos internacionais" A de Vigo foi a mobilización central que contou coa presenza dos secretarios xerais da Galiza de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e de UGT, José Antonio Gómez. Ambos líderes sindicais sinalaron que esta conmemoración obreira responde con contundencia ás políticas de austeridade impostas polo gobernos central e galego ademais dos organismos internacionais. Segundo engadiron, o resultado destas políticas neoliberais está a ser unha maior desigualdade, índices de pobreza que xa non se lembraban e un progresivo recorte de dereitos sociais e laborais. Referíronse tamén ás vindeiras eleccións europeas e á necesidade de optar por organizacións que se opoñan ao actual modelo de recortes e precarización. Nos discursos finais, lembraron os datos que se fixeron públicos hai dous días da enquisa da poboación activa e que sitúan en 269.900 as persoas desempregadas cunha taxa de desemprego do 23,2%. O desemprego é, polo tanto, o primeiro problema e o emprego a principal necesidade, dixeron. Reclamaron un acordo para o emprego coa integración de "forzas políticas e os interlocutores sociais e procure o cambio do modelo produtivo asícomo o mantemento e afondamento nos servizos e prestacións do estado do benestar". |
NOS_46418 | A dirección apela a "reducir os custes laborais" na factoría de Balaídos en aras de aumentar a súa competitividade. | Esta segunda feira PSA-Peugeot Citroën enceta unha rolda de negociacións co comité de empresa para aprobar un novo plan de axuste proposto pola dirección da factoría. Trátase dunha medida que procura, aseguran desde Citroën, "reducir os custes laborais" e incrementar a competitividade da planta viguesa coas de Portugal e Eslovaquia. No concreto, o obxectivo da empresa francesa é reducir os custes de produción da nova furgoneta que lanzará Citroën, a K-9. Un modelo 'low-cost' que será asignado a unha ou outra factoría en virtude da rendibilidade económica. Citroën asignará a produción da nova furgoneta, K-9, seguindo criterios de rendibilidade. Vigo compite con Portugal e Eslovaquia E é que os salarios na planta viguesa roldan --de media-- os 20 euros hora, mentres que en Portugal son 10 e en Eslovaquia nen sequer alcanzan a cifra dobre por traballador/a. Desde Balaídos, a dirección de Citroën quer facerse coa K-9 e para iso marcouse un prazo de 2 meses en que negociar unha redución salarial e mesmo despedimentos no cadro de persoal. Representantes sindicais reúnense coa dirección quen lles trasladará unha proposta. Unha negociación marcada pola maioría absoluta do Sindicato Independente --próximo á dirección da factoría-- nas eleccións sindicais. Na planta de Balaídos traballan 6.400 traballador@s. |
NOS_26690 | Este media noite pechabase unha conflitiva precampaña e abriuse o tempo en que as forzas políticas xa poden pedir o voto. Todas as candidaturas escolleron Compostela para os actos centrais, agás o PSdeG que optou por un acto dobre en Ourense e Vigo. Feijóo prometeu crecemento, Jorquera chamou a concentrar o voto para derrotar o PP e Pachi Vázquez apostou por un "goberno de progreso". | Esta media noite encetou a campaña electoral que desembocará nos comicios autonómicos do 21 de outubro. Unha campaña que se promete intensa e dura polo apertados que estarían arestora os resultados, cos que Alberto Núñez Feijóo non tería en absoluto garantida a reelección. A que arranca hoxe non é unha campaña centrada só no balanzo do goberno galego saínte ou nas alternativas da oposición. As políticas de duro axuste desenvolvidas por Mariano Rajoy nos poucos meses que leva na Moncloa, someteranse de feito a ratificación nestes comicios. Asemade, a entrada en xogo de novas candidaturas que aspiran a superar a difícil barreira do 5% dos votos para lograren representación parlamentar, engadiralle outra dose de tensión á campaña. Feijóo presume dos recortes e promete crecemento Alberto Núñez Feijóo insistiu no seu discurso de precampaña chamando ao "voto da estabilidade, á unidade e ao crecemento para que Galicia poda seguir respondendo primeiro aos retos con solucións". O presidente saínte gabouse máis unha vez de ser o primeiro en desenvolver as políticas de recortes, que onte mesmo volveron ser contestadas con masivas mobilizacións en nove vilas e cidades do país. Feijóo promete pasar das políticas de axuste ao crecemento nos vindeiros anos Para presentar o seu balanzo volveu comparar os resultados desta lexislatura coa situación a nivel de estado, en lugar de contrastar a situación de hoxe coa de 2009 cando asumía a Presidencia da Xunta. "Galicia ten menos déficit, menos débeda e menos paro que España" afirmou, obviando deliberadamente que a débeda galega multiplicouse por tres nestes anos e as máis de cen mil galegas e galegos que perderon o seu emprego baixo o seu mandato. Cando foron precisamente os retallamentos en sanidade, políticas de benestar ou educación as principais problemáticas da súa acción de goberno, Feijóo asegurou que de ser re-elixido seguirá construíndo "hospitais públicos", a pesar de que os licitados nos últimos anos foron a través de concesións privadas, ou "sumar máis prazas públicas de residencia, centros de día e discapacidade", despois de ter desartellado o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar impulsado polo anterior goberno. Porén, a principal promesa lanzada polo aspirante popular foi a de pasar das políticas de axuste ao crecemento nos vindeiros anos, mais sen apuntar que medidas adoptará para reverter o desartellamento produtivo, especialmente no eido industrial, que tivo lugar durante os últimos anos. Os populares utilizarán o lema "Galicia Primeiro" en soportes bilingües, con cartelería en galego e en español indistintamente. Un xesto con que pretenderían achegarse ao voto dos sectores máis españolistas que poderían simpatizar con Mario Conde. Jorquera pide concentrar o voto no BNG para desloxar a Feijóo "O PP ten as eleccións perdidas se os votos nacionalistas e de esquerdas se concentran no BNG" así de rotundo se manifestou o candidato nacionalista á Presidencia da Xunta de Galiza. Para Jorquera concentrar o voto no Bloque será determinante para impedir a reelección de Feijóo, e deste xeito poñer fin ao que cualificou de "3 anos de fracasos, mentiras e incumprimentos" e poñer rumbo "ao cambio real que Galiza precisa". "Feijóo tivo a súa oportunidade e desaproveitouna, deixando o país á beira da ruína" A respecto do Presidente saínte, Jorquera asegurou que "Feijóo tivo a súa oportunidade e desaproveitouna, deixando o país á beira da ruína" e puxo como exemplos as cifras do desemprego, a situación do sector naval e leiteiro, ou as 60.000 mozas e mozos "que tiveron que coller a maleta para emigrar". No BNG defenden que o 21-O representa unha oportunidade para "inciar unha nova etapa", para que a proposta da fronte nacionalista pasa por apostar por políticas moi diferentes ás desenvolvidas até agora polo PP, cun "proxecto pensado para as traballadoras e os trabalaldoras e non para os ricos e banqueiros como o de Feijóo". Un proxecto que o cabeza de cartel nacionalista resumiu na fórmula "soberanía, democracia e traballo". Na pegada de cartaces realizada na Praza de Praterías de Compostela, tamén falaron Guillerme Vázquez e Ana Pontón. O Portavoz nacional pediu expresamente o voto para o BNG porque "é a forza política que está co pobo". "Estivemos co naval, co estudantado, cos afectados pola estafa das preferentes. O BNG está a pé de obra para facer frente á crise, para insubmiso ante os recortes" afirmou Guillerme Vázquez. Pola súa banda a número dous do BNG por A Coruña, Ana Pontón, revindincou a política como vieiro para a mudanza da realidade. "Se nós non facemos a política farana eles por nós e farana para defender os intereses de banqueiros e poderosos, non os nosos, os da maioría social" dixo. Pachi Vázquez pide o voto para "un goberno de progreso" O candidato socialista, Pachi Vázquez, pediu o voto para presidir "un goberno de progreso en Galicia que lle cambie a vida á xente" e que sexa a "barreira" á política neoliberal do PP. Vázquez defendeu a necesidade dun camiño alternativo ao da dereita "que só ofrece máis paro e máis recesión" e que "nos sitúa no vieiro de Portugal e Grecia". Na liña do discurso desenvolvido polo PSdeG durante a precampaña o seu cabeza de cartel centrou a súa intervención no acto de inicio de campaña celebrado en Vigo, en despregar un bo número de promesas electorais referidas maioritariamente ao reforzo dos servizos públicos. Aliás, nun xiro inesperado os socialistas puxeron enriba da mesa o decreto do galego que Pachi Vázquez se comprometeu a suprimir por "sepultar o galego neste país" afirmando que "queremos falar a lingua propia do noso país". Unha chiscadela a sectores do nacionalismo máis moderado para tentar sumar o electorado que aspirrían a recoller outras forzas como CxG. Bascuas certo de que CxG entrará no Parlamento A compostelá Praza do Oito de Marzo foi o lugar escollido por Compromiso por Galicia para iniciar a carreira electoral, cun acto no que estiveron presentes todos os cabezas de lista provinciais –entre eles o ex popular Rafael Cuíña-- e máis o aspirante á Presidencia da Xunta. Bascuas afirmou que CxG enfronta a convocatoria electoral "sen poñerse límites" e amosouse convencido de que obterán representación no Parlamento Galego. Logo de cualificar a Feijóo como "o peor Presidente da historia do noso País", Bascuas coincidiu ironicamente co popular asegurando que "ten moita razón no seu lema electoral --Galicia Primeiro, xa que co goberno do Partido Popular , Galiza é a primeira que máis emprego destrúe, a primeira en políticas antisociais e a primeira en xerar desigualdades". AGE chama á "rebelión cívica" A Alternativa Galega de Esquerda deu inicio a súa campaña electoral cun acto nas proximidades de Igrexa de Salomé, tamén en Compostela, que contou coas intervencións de Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras. AGE chamou á "rebelión cívica" para derrotar ao PP que cualificaron de "bárbaros". Neste senso, Díaz defendeu a necesidade dun xiro de "180º que priorice os servizos sociais básicos" como sanidade e ensino. Pola súa banda Beiras denunciou a submisión do PP á banca. Finalmente pediron o voto para a coalición entre EU e Anova para "poñer fin ás políticas de exterminio e destrución impulsadas polo PP". |
NOS_33767 | O final do ataque de alta intensidade de Israel en maio non significa que mellorasen as condicións de vida na Palestina ocupada. As detencións masivas, o impulso dos asentamentos para fixar colonos en territorio palestino ou as expulsións de Xerusalén, configuran a política colonial de Israel. | O 21 de maio remataban dúas semanas da agresión de alta intensidade de Israel contra unha Palestina ocupada, máis de 250 persoas morreron na franxa de Gaza baixo os disparos israelís, mentres que case 2000 persoas quedaron feridas. A meirande parte das vítimas eran mulleres, anciáns e crianzas non belixerantes, informa a axencia palestina WAFA. En Israel, 13 persoas faleceron polos disparos de foguetes caseiros desde Gaza. Na franxa viven 1,8 millóns de persoas. Dous terzos son refuxiadas, cunha das densidades de poboación máis altas do mundo, achegándose a 5.000 persoas por quilómetro cadrado. Só como efecto desas dúas semanas de ataques masivos de Israel, os danos económicos estimados pola Organización das Nacións Unidas (ONU) son de 410 millóns de euros, con 450 edificios destruídos ou gravemente danados, dos que seis eran hospitais, nove centros sanitarios e 40 escolas. Distinto goberno, mesma colonización O 13 de xuño era investido Naftali Bennett, nunha coalición que malia incluír partidos de posicións máis moderadas que Yamina, do actual primeiro ministro, estará encabezada até o ecuador do mandato por unha persoa coa mesma posición sobre Palestina que Netanyahu. 72 horas despois, os cazas israelís volvían bombardear a área metropolitana de Gaza, desta vez sen vítimas mortais. A política de detención administrativa israelí mantén a miles de palestinos nas prisións sen cargos, en períodos que poden durar anos. En Xerusalén Oriental, o foco das protestas pola política de expulsión de palestinos, 1.700 persoas foron detidas no primeiro semestre do ano, incluídas crianzas, ao tempo que 365 foron expulsadas. Neste tempo, Israel botou abaixo 62 estruturas árabes nesa parte da cidade, denunciou a 15 de xullo Fadi al-Hadmi, ministro palestino de Asuntos de Xerusalén, que advertiu dun incremento da violencia dos colonos israelís contra os habitantes palestinos que quedan na urbe, e denunciou a política de "xudeización da cidade". Esta estratexia para acabar cos palestinos, condenada en repetidas ocasións pola ONU mais sen resultados tanxíbeis, repítese alén Xerusalén, coa constante construción de asentamentos en terras ocupadas, fragmentando as vilas palestinas para logo xustificar o control sobre esas zonas. Nese sentido, a quinta feira anunciouse a construción de 510 novas unidades de asentamentos ilegais preto da cidade de Belén. Para ampliar unha das estradas -para colonos- que unen eses asentamentos nos territorios ocupados a Palestina, Israel demoleu un cemiterio cananeo, considerado zona patrimonial por ser o máis grande e antigo do territorio, con varios milenios de historia. "Cando se trata dos sitios arqueolóxicos cananeos, filisteos, bizantinos e árabes, son destruídos coa clara intención de eliminar os antecedentes da presenza palestina", denuncia o medio Palestina Libre. O extremismo relixioso de Israel non é compartido pola maioría das persoas que practican o xudaísmo, unha enquisa do Instituto Electoral Xudeu nos Estados Unidos revelou que 61% apoiaba a creación dun Estado palestino, un 34% defendeu que o trato aos palestinos era semellante ao racismo nos EUA, e un 22% cualificou a política de Israel de xenocidio. Israel destrúe unha aldea beduína no Neguev por 190º ocasión A aldea beduína de Al Araqib, situada no deserto do Neguev, é unha das 40 aldeas que o Goberno de Israel considera ilegais, polo que periodicamente acaba cos grupos de vivendas de chapa e lá, que os seus habitantes logo proceden a refacer, informa o xornal Alray. A semana pasada, o Exército de Israel demoleu a aldea por 190º ocasión. Apenas 10 días antes da 189º demolición. |
QUEPASA_967 | Dende o Concello sitúan a situación no marco da continua falta de apoio da Xunta ao rural | A vella demanda dumbriesa de abrir a Canle Olímpica do Couquiño, no curso do río Xallas, que se paralizou pola falta de implicación das administracións e unhas pequenas desavenencias xeradas artificialmente cos pescadores da zona, volve á actualidade coa previsión da Xunta de crear unha Canle semellante en Bora, no río Lérez, na provincia de Pontevedra. Cómpre lembrar que o proxecto dumbriés estaba moi ben encamiñado, tendo todas as garantías e facilidades para saír adiantre, pois falamos dunha canle xa practicamente preparada, que ten caudal regulado gracias ao encoro da Fervenza, nunha zona onde ademais hai un club punteiro en Galica (o CDM Piragüismo Dumbría). Pero cando todo parecía ben encamiñado, pero torceuse pouco despois de que o PSOE realizara a moción de censura que sacou do goberno ao PP de Rajoy. Esa moción provocou o nomeamento de José Ramón Lete Lasa como Secretario Xeral para o Deporte, en substitución dunha Marta Míguez que ollaba con boas miras o proxecto. Un fito para Galicia Un feito que non valora a Xunta a día de hoxe é que a Canle dumbriesa "sería un fito importantísimo para Galicia, pois seríamos a única canle en toda Europa que funcionaría de outubro a maio", explican Quique Portela e César Ferrío, adestrador do club e técnico de Deportes municipal. A realidade é que no resto de Europa, mesmo nos Pirineos (onde hai varias canles olímpicas como a de Le Seu, Sort ou Pons), na temporada de inverno os ríos están conxelados, polo que non se poden utilizar nin para competicións nin para campus de adestramento de seleccións internacionais. En España hai outras dúas canles artificiais, en Zaragoza e Granada, pero ao non haber clubs implicados e non ter unha estrutura natural axeitada (precisan bombeo) teñen pouco uso. Deste xeito, "se houbese dúas canles sería ata positivo para Galicia, pois poderíamos acoller expedicións da selección rusa, por poñer un exemplo, de augas bravas adestrando nas augas do Lérez e do Xallas", apuntan dende o club. E van máis alá dende Dumbría: "Está ben que se fagan instalacións deportivas de nivel en Galicia, e está ben que se faga en Pontevedra onde temos ademais un rapaz entre as 5 prazas destinadas a este deporte no Centro de Tecnificación ". En calquera caso "nós non renunciamos ao noso proxecto, que é a canle máis doada de facer, en apenas 6 meses se podería poñer en marcha", apuran. Críticas dos pescadores? A cousa ponse candente cando dende o Club de Pesca Salmo da Coruña chegaron mesmo a acusar ao Concello dumbriés, na Radio Nordés Cadena Ser, de facer movementos de pedras de "forma furtiva". Algo sorprendente pois a relación entre club, concello e pescadores estaba sendo relativamente positiva, pero en calquera caso dende o club non queren entrar en polémicas baleiras, entendendo ademais que as declaracións se fixeron no marco dun proceso electoral no seo do club coruñés. "Cabemos todo no río, non son proxectos excluíntes, e os pescadores teñen 7 km de coto mentres a canle serían 300 metros", apuntan dende o club municipal. O Rural no centro "Parece que a cousa está clara. O primeiro é que a Xunta non quere invertir no rural, e vai facer unha canle nunha cidade. O segundo, que os pescadores teñen máis privilexios que o resto", sentenza Ferrío lembrando tamén o que está a pasar cos recortes nos colexios públicos, nos centros de saúde, cos bancos... Pero é que "dende o Concello non pedimos que sexa a Xunta a que faga a canle, nin sequera pedimos financiamento; só que nos dean permiso para facelo". Impacto ambiental? Ademais, dende o club defenden o uso do espazo natural. "Nós poñemos en valor o río, antes era unha selva, agora dá gusto por aí, e este deporte serve para disfrutar da natureza sen xerar ningún impacto ambiental, e menos nunha zona que xa ten unha estación hidroléctrica a 50 metros", explican. En calquera caso, sobre o o uso da Xunta desa inventada polémica, resulta curioso que agora escoite a voz dos pescadores, pero que estes se estiveran calados cando non se lles deu voz antes de construir os 4 encoros e as 9 minicentrais que padece o río Xallas, e que tan criticadas foran polos grupos ecoloxistas. O Caso Sabero Sabero é un bo exemplo. Trátase dun pequeno concello na comarca mineira da provincia de León. Atrás quedaron os anos de bonanza no que as minas de carbón e ferro incluso fixeron chegar o ferrocarril ó concello.Co peche das minas primeiro desapareceu o traballo, e logo a poboación.Para volver a reactivar a economía, Sabero apostou por adecuar un tramo de río construindo unha canle de augas bravas.Este ano, sen ir máis lonxe, acolleron uns campionatos de España e outros de Europa, co que durante todo o verán a ocupación hoteleira na comarca rondou o 100% |
PRAZA_20527 | A Iniciativa Galega pola Memoria volve un ano máis a San Simón para, xunto a medio milleiro de persoas, recordar os represaliados pola ditadura e apostar pola recuperación do proxecto da Illa da Memoria | O histórico espazo da Illa de San Simón foi tornado polos franquistas en campo de concentración dende 1936 ata 1943. Por alí pasaron máis de 6.000 presos políticos que na actualidade teñen como única lembranza permanente no lugar o monólito instalado pola Xunta o 23 de xullo de 2006, que a Consellería de Cultura do goberno de coalición de PSdeG e BNG declarara Ano da Memoria ao facérense setenta anos do golpe. Esta lembranza "aos homes e mulleres que loitaron pola liberdade, a democracia e os dereitos de Galicia" estivo acompañada doutras accións como o impulso ao proxecto de investigación Nomes e Voces e a declaración de San Simón como Illa da Memoria, que caeu no esquecemento tras o retorno do PP ao Goberno no ano 2009. Coas vítimas na memoria, pero tamén co recordo presente daqueles proxectos frustrados, a Iniciativa Galega pola Memoria -que agrupa diversos colectivos que traballan a prol da memoria histórica das persoas represaliadas pola ditadura- regresou este domingo a San Simón para celebrar un ano máis a súa homenaxe anual. Nas vésperas do 18 de xullo, data de inicio do levantamento fascista contra a II República, medio milleiro de persoas navegaron ata San Simón para acudiren a unha homenaxe que este ano estivo dedicada, precisamente, a quen estiveron recluídas en campos de concentración. San Simón, pero tamén Camposancos, Oia, Figueirido, Rianxo, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Muros, Lavacolla, Betanzos, Ferrol, Cedeira, Ribadeo ou Celanova foron algúns dos lugares evocados na homenaxe como vilas e cidades nas que os golpistas habilitaron recintos para "confinar as persoas que defenderon a legalidade republicana". A escritora Susana Sánchez Aríns foi a encargada de pronunciar o discurso central dunha xornada na que a Iniciativa Galega pola Memoria reivindicou tamén que, "fronte ao que se acostuma pensar", tamén existiu "resistencia galega ao golpe" e "solidariedade" cos presos de San Simón, tal e como "amosaron moitas persoas da contorna, moi especialmente mulleres, que levaban comida, roupa limpa e consolo" aos presos. A Iniciativa Galega pola Memoria volveu reivindicar a recuperación da declaración de San Simón como Illa da Memoria Aquelas condicións de "fame, frío, enfermidade e tortura" foron lembradas entre bandeiras galegas e da II República nun acto que, un ano máis, foi tamén unha mensaxe ao Goberno da Xunta en clave de rexeitamento ao "baleirado da illa de calquera contido relacionado co seu pasado como campo de concentración franquista, chegando mesmo a cambiar a denominación de Illa da Memoria por Illa do Pensamento". Dende o retorno dos conservadores ao poder, destacan, "foi a Iniciativa Galega pola Memoria a que tomou as rendas da homenaxe nacional", á que "sempre se outorga un dobre carácter de recoñecemento e reivindicación". A aprobación "dunha política de memoria" efectiva por parte dos gobernos español e galego, "a derrogación da lei de amnistía de 1977", a anulación das condenas dos tribunais da ditadura e a propia recuperación da denominación Illa da Memoria para San Simón foron outras das reivindicacións dunha xornada que non contou coa presenza de ningún representante da Xunta, pero si doutras institucións. Foi o caso da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, do deputado de Cultura da deputación pontevedresa, Xosé Leal, ambos do BNG, ou do edil do PSdeG na Coruña José Manuel Dapena, entre outros membros de organizacións sociais e políticas. |
PRAZA_11388 | O histórico líder soberanista galego é unha figura única; por controvertida, por libre e por ter unha capacidade ben propia: anticipar cuestións relevantes antes de que entren na axenda política | Que o título non nos leve a engano. Nunca fun moi fan dos personalismos e non me considero camilista, se é que aínda aplica ese concepto. Penso, ademais, que no ámbito da esquerda nacional galega, o sectarismo e os hiperliderados non teñen contribuído a definir proxectos dirixidos ás maiorías sociais do país. E aínda así, -no esencial- Camilo sempre tivo razón. O histórico líder soberanista galego é unha figura única; por controvertida, por libre e por ter unha capacidade ben propia: anticipar cuestións relevantes antes de que entren na axenda políticaCamilo Nogueira recibiu o pasado 6 de Novembro o premio Coppieters 2019 que outorga a Fundación Maurits Coppieters, ligada á Alianza Europea, pola súa traxectoria en defensa do dereito á autodeterminación, da democracia, do internacionalismo e da paz. O histórico líder soberanista galego é unha figura única; por controvertida, por libre e por ter unha capacidade ben propia: anticipar cuestións relevantes antes de que entren na axenda política.A traxectoria política de Nogueira demostra por si mesma a necesidade dunha perspectiva pragmática ante a política. Sen caer na renuncia ideolóxica, Camilo entendeu desde o primeiro momento a importancia de participar das institucións de autogoberno galegas. Naquel momento o máis doado era, probablemente, pensar que a viaxe autonómica pasaba pola creación de parlamentiños de cartón, que, na práctica, serían limitados e tutelados polas institucións do Estado. Iso foron e iso son as asembleas lexislativas autonómicas, como se demostra no caso catalán. Aínda así, Camilo imaxinou a necesidade dunha continuidade histórica, que bebía directamente do Estatuto do 36 e dos galeguistas da República. Grazas a el –e aos seus-, a perspectiva nacional estivo presente na ponencia do Estatuto do 81. O seu criterio sempre foi o de fortalecer as institucións galegas, aínda sendo consciente da correlación de forzas existente.Antes de que formase parte do programa estratéxico do nacionalismo maioritario, entendeu a necesidade de ocupar o poder –ou cando menos de apartar á dereita de AP/PP do mesmoAdemais, antes de que formase parte do programa estratéxico do nacionalismo maioritario, entendeu a necesidade de ocupar o poder –ou cando menos de apartar á dereita de AP/PP do mesmo-. Por iso, apoiou a moción de censura que levou a González Laxe á presidencia da Xunta de Galicia en 1987. Coas súas eivas, os deputados do PSG-EG votaron a favor da moción de censura, malia non participar daquel novo goberno tripartito con PSOE, CG e PNG.Esta vontade de construción en positivo levouno a escenificar a unidade nacionalista –despois de ensaiar unha coalición infrutuosa con Esquerda Unida-. Unidade Galega integrouse no BNG no ano 1994, iniciando un ciclo exitoso para o nacionalismo galego, que chegou a obter un 25% dos votos en 1997. A unidade do nacionalismo foi, desde esa data, unha teima máis no imaxinario de Camilo.Nogueira tamén demostrou un interese moi grande pola política internacional, cunha elevada vontade de entender o que acontecía no mundo desde unha ollada galega. Moitas veces, en entrevistas e conversas, ten introducido cuestións de natureza internacional para comparalas con fenómenos de ámbito nacional, e viceversa. Ese interese conecta con dúas cuestións de relevancia que teñen marcado a súa acción política desde que foi escollido eurodeputado en 1999.A defensa dos sectores produtivos galegos non lle impediu a Nogueira ver a potencialidade dun proxecto coma o europeo.A primeira desas cuestións é a Unión Europea. O nacionalismo galego rexeitou maioritariamente as consecuencias económicas da entrada nas institucións europeas-que se demostraron especialmente negativas para o sector primario-. A defensa dos sectores produtivos galegos non lle impediu a Nogueira ver a potencialidade dun proxecto coma o europeo. Co seu optimismo pragmático tan característico, sempre entendeu a estrutura da Unión Europea como un primeiro paso cara a unha Europa dos pobos. Nunha recente entrevista a Praza Pública afirmaba que a construción europea era revolucionaria e que o BNG estaba anticuado nesa cuestión. O posibilismo de cambiar tamén Europa a través dos ollos dun pragmático optimista.O segundo gran tema que marca o legado político de Camilo é o da lingua, e en concreto a relación entre a lingua galega e a lingua portuguesa. Se o portugués é oficial, o galego é oficial. Un argumento tan sinxelo e tan contundente foi o que guiou a súa presenza na Eurocámara, usando a lingua portuguesa como vehículo universal da galeguidade.O segundo gran tema que marca o legado político de Camilo é o da lingua, e en concreto a relación entre a lingua galega e a lingua portuguesaO pragmatismo e a xenerosidade definiron o seu xeito de facer política, pero tamén un compromiso de ferro cos seus principios e valores. Coa heterodoxia por bandeira, é referente de moitos pola súa capacidade de interpretar a realidade e debuxar alternativas posíbeis.O soberanismo galego do futuro debe estar preparado para ser xeneroso para poder acumular simpatías, curar feridas, obter novas forzas e xerar ilusión. Os seus obxectivos deben ser os de Camilo: fortalecer o autogoberno do país e ter un proxecto en clave nacional.E oístes? Eu non son Camilista, considérome alguén heterodoxo. Coma el. |
NOS_3232 | Até o día 31 de maio, debaixo dos viadutos, prazas e rúas énchense de títeres. O XVI Festival Internacional de Títeres de Redondela converte a vila nun grande escenario polo que desfilan 24 compañías que porán en marcha máis de 70 espectáculos. | Rúas e salas de Redondela acollen até o domingo 31, o amplo programa do XVI Festival Internacional de Títeres, espectáculos ao aire libre e espazos pechados, mercadiño titiriteiro, exposición de fotografía e unha animación singular en toda a vila son os sinais de identidade dun dos encontros máis populares do teatro de monicreques que este ano rende homenaxe aos espectáculos itinerantes. Redond-Off recunca como plataforma para que a creatividade de Redondela saia tamén á luz e "Títeres pola gorra" abre a posibilidade a quen queira mostrar as súas destrezas artísticas fóra de programa. Esta sexta feira, sábado e domingo serán os días grandes do festival no que as representacións se multiplicarán nunha vila tomada polos títeres. Compañías como Pigmaliao Escultura que Mexe de Brasil, o Centro Dramático de Évora os cataláns Katakrak ou Companyia Pelmánec, Tanxarina, Fanfarria Taquikardia, Hugo Suárez de Perú, Caramuxo Teatro, Trompicallo Títeres, Titereficciós, Calcetín Furado ou Títeres Castanueces son algunhas das compañías que participan nesta edición do festival Homenaxe a históricos e itinerantes Ás 21:00 desta sexta feira desenvolverase tamén un encontro coloquio con titiriteiros históricos na Casa da Cultura, espazo dirixido por Quico Cadaval. A programación de rúa de sábado e domingo quere ser unha homenaxe aos espectáculos itinerantes e, con ese fin, a compañía catalá Factoría Circular fará circular polas rúas da vila "Rodafonio" unha sorte de triciclo xigante cos músicos a tocar dentro da súa roda principal. A compañía Ekart e o seu "Maurice et Jules" será a protagonista na mañá do domingo do "Paseo dos Pitiños" para o que convidan a crianzas e familias a iren disfrazados de pitos ou calquera outro animal para partillar do desfile que sairá ás 11:30 no fin do Paseo da Portela un espazo creado para provocar unha maior interacción do público co festival. |
NOS_22993 | Francisco J. Garzón recibiu dous minutos antes do sinistro unha chamada de Renfe no seu teléfone profesional para darlle indicacións. A caixa negra revela que o comboio enfilaba a curva a 192 quilómetros/hora. O conductor activou o freo segundos antes da catástrofe,mais o tren saiu da vía a 153 quilómetros por hora | O maquinista do Alvia estaba a falar cun controlador de Renfe no momento do descarrilamento. Así se desprende das conversas recollidas nas dúas caixas negras do Alvia accidentado, e que nesta terza feira foron volcadas e transcritas nos xulgados de Compostela. Nesa conversa, e segundo se sinala desde o TSXG, o maquinista estaría a falar co operario da compañía sobre un plano ou papel, recibindo indicacións do camiño a seguir até chegar a Ferrol. No informe afírmase que "minutos antes da saída de vía (o maquinista) recibiu unha chamada no seu teléfono profesional para indicarlle o camiño que tiña que seguir o chegar a Ferrol". A conversa mantíñase após recibir, 2 minutos antes do sinistro, o maquinista unha chamada no móbil corporativo de Renfe. Cómpre lembrar que na cabina dos comboios hai un sistema (coñecido como tren-terra) que é o que se emprega para estas situacións. Segundos antes do accidente activouse o freno, reducindo a velocidade de 192 a 153 quilómetros no momento do descarrilamento No propio manual de Renfe sobre uso de móbiles limítase o seu uso (e sempre o corporativo, o persoal está prohibido) a circunstancias moi específicas. En xuño de 2012, Renfe emite unhas recomendacións nas que limitaba o uso a tres supostos: emerxencias, averías e por fallo do sistema de cabina. O tren Alvia circulaba a 192 quilómetros por hora intres antes de descarrilamento, e activouse un freno, reducindo a velocidade, de forma que no momento de saír da vía esta era de 153 quilómetros por hora. O maquinista non falou da conversa na súa declaración perante o xuíz. Renfe nunca a mencionou nestes días O freo activouse 250 metros antes da curva. |
NOS_31467 | A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, con catro galardóns e Bailar agora, de Marta Alonso, con tres, destacan no alto do palmarés. Os nenos da varíola recibiu o premio ao mellor espectáculo infantil nunha gala dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira. | Os XXV Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras. Dos 13 espectáculos que aspiraban a algún dos 14 galardóns que recoñecen as artes escénicas na Galiza, nove conquistaron algunha distinción. A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, acadou catro galardóns: espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor secundario (Fran Lareu) e adaptación-tradución (Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro). O premio ao mellor espectáculo infantil foi para Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández. Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada, acaparou tres galardóns ao facerse cos premios de actriz protagonista (Marta Alonso Tejada), iluminación (Laura Iturralde) e dirección (Marta Alonso Tejada ex aequo con Gonçalo Guerreiro). A obra de Incendiaria, Microspectiva dun Marica Millennial, acadou dous premios: actor protagonista (Davide González) e texto orixinal (Vanesa Sotelo e Davide González). O mozo da última fila, de Redrum Teatro, fíxose co galardón de mellor actriz secundaria (Belén Constenla); 32m2, de Butacazero, levou o premio de escenografía (Beatriz de Vega), e Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, o de vestiario (Diego Valeiras). O Premio, de La Quintana Teatro, foi recoñecido na categoría de maquillaxe (Fani Mosqueira) e, por último, A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico, obtivo o premio de música orixinal (Vadim Yukhnevich). A gala Chiqui Pereira e Paula Carballeira dirixiron unha gala que trasladou o público congregado no Teatro Rosalía da Coruña a unha época distópica, con música de Nacho Sanz e escenografía de Suso Montero. A cerimonia de entrega contou con dous grandes fíos argumentais: o 25º aniversario dos Premios María Casares e a resistencia das artes escénicas fronte a pandemia. Durante a velada, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas recolleu o Premio de Honra Marisa Soto, mentres que Evaristo Calvo leu o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Un patrimonio a protexer A gala, retransmitida por Youtube a través da canle dos Premios María Casares, contou co discurso de Xosé Barato, presidente da AAAG, quen reivindicou o legado das xeracións de actores e actrices que "abriron camiño" e deixaron en herdanza ás mais novas "dereitos laborais, institucións, sistema teatral, en definitiva, un patrimonio que temos que protexer e mellorar". Barato insistiu en que "o teatro é a festa da presencialidade" antes de referirse ao golpe que significou paras as artes escénicas a aparición da Covid. "Esta pandemia afectounos e tocounos na nosa esencia. Estamos intentando capear ondas e teremos que estar vixiantes e máis unidas ca nunca para cando as ondas se retiren, porque as ondas poden destruír incluso máis cando se retiran que cando entran", reflexionou o presidente da Asociación de Actores e Actrices da Galiza. Palmarés Esta é a lista completa de vencedores dos Premios María Casares na súa XXV edición: Maquillaxe: Fani Mosqueira, por O Premio, de La Quintana Teatro. Vestiario: Diego Valeiras, por Dreaming Juliet, de Elefante Elegante. Iluminación: Laura Iturralde, por Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada. Escenografía: Beatriz de Vega, por 32m2, de ButacaZero. Música: Vadim Yukhnevich por A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico. Adaptación-Tradución: Gonçalo Guerreiro e Fernando Dacosta por A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro. Texto orixinal: Vanesa Sotelo e Davide González por Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria. Actor protagonista: Davide González por Microspectivas dun marica millenial, de Incendiaria. Actriz protagonista: Marta Alonso Tejada por Bailar Agora. Actriz secundaria: Belén Constenla por O mozo da última fila, de Redrum Teatro. Actor secundario: Fran Lareu por A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro Dirección: Gonçalo Guerreiro por A lingua das bolboretas, de Sarabela, e Marta Alonso Tejada, por Bailar Agora. Espectáculo: A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro. Espectáculo infantil: Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández. |
PRAZA_9976 | Un informe da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) impón un procedemento adicional que impide que a medida poida ser aprobada este venres no Consello de Ministros. Os traballadores din sentirse "estafados" e convocan unha concentración para esta tarde na Coruña | O Consello de Ministros no aprobará este venres o estatuto do consumidor electrointensivo, unha das principais demandas do persoal de Alcoa e que debe axudar na procura de compradores para a planta. O Goberno central comprometérase a que este estatuto electrointensivo sería aprobado esta semana, pero este xoves coñeceuse un informe da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) que impón un procedemento adicional. En resposta, traballadores da factoría de Alcoa na Coruña convocaron unha manifestación para esta tarde.A CNMC advirte de que o estatuto podería ser considerado unha axuda ilegal do EstadoA aprobación do estatuto fica polo tanto pendente ata despois das eleccións xerais e podería ter que agardar ata a formación dun novo Goberno, nunha data aínda por determinar. Existe a posibilidade de que esta medida, que ofrecería a un posible comprador un mellor prezo para a electricidade consumida por Alcoa, non chegue antes do 30 de xuño, data prevista para o peche das plantas da Coruña e Avilés.O informe da CNMC advirte de que algunha das medidas contidas no estatuto e que abaratan o prezo da electricidade para determinadas empresas e actividades poderían ser consideradas unha axuda ilegal do Estado, sendo posteriormente anuladas pola Comisión Europea. "Ante o elevado risco da concorrencia dos elementos constitutivos dunha axuda de Estado, suxírese que se actúe seguindo o criterio de prudencia, evitando inseguridade xurídica, e que o órgano proponente da norma notifique as medidas proxectadas á Comisión Europea", sinala o informe.Os traballadores din sentirse "estafados" e convocan unha concentración para esta tarde na CoruñaA decisión do Goberno central foi de inmediato criticada polos representantes dos traballadores que dun sentirse "estafados". "Mentíronnos unha vez máis", afirmou na mañá deste venres Juan Carlos López Corbacho, presidente do Comité de Empresa. López Corbacho lembrou que hai varias compañías interesadas na compra da planta (fálase de ao redor dunha ducia de ofertas) pero di que "é o Goberno central o que non nos dá seguridade". Corbacho reclamou un goberno "valente e capaz de amosar apoio ao tecido industrial, en lugar de quedar paralizado por un informe da Comisión Nacional da Competencia que nin sequera é vinculante".O persoal de Alcoa na Coruña convocou baixo o lema "Por unha solución enerxética para a industria electrointensiva" unha manifestación esta tarde ás 18 horas que sairá da propia fábrica, no polígono de Agrela e que rematará ás 19.30 na Praza de Ourense, fronte á Delegación do Goberno, onde os traballadores permanecerán concentrados durante unha hora. |
NOS_31112 | O anuncio da saída de Mario Monti e a chegada de Silvio Berlusconi de novo á política fixo tremer --após semanas-- os mercados financeiros da eurozona. O aumento da prima de risco esperta as voces que demandan a solicitude dun rescate financeiro, entre elas o grupo Prisa. | O Editorial publicado polo xornal El País a pasada segunda feira era claro e contundente. "Rescate urxente" intitulaba o grupo Prisa o texto, argüíndo que o contrario só fará durar "máis a recesión" e aumentar o desemprego no Estado español. Segundo o grupo de comunicación, o incremento sufrido pola prima de risco nos últimos días --verbo da anunciada saída de Mario Monti do executivo italiano-- constitúe unha "medida obxectiva" da "desconfianza dos investidores" cara a economía española. El País asegura que solicitar o rescate non supón "unha perda de soberanía" Aliás, aseguran que tanto "os analistas económicos" como "as institucións nacionais e internacionais" emiten un "diagnóstico unánime" a respecto da necesidade de que o goberno liderado por Mariano Rajoy solicite axuda ao Banco Central europeo. No entanto, numeros@s académic@s e intelectuais, polític@s e economistas afastados da doutrina económica de mercado, afirman con rotundidade desde o estourido da crise económica que o rescate non consegue senón afondar aínda máis na débeda dos estados, así mesmo, a condicionalidade á cal se somete o empréstito, estabelece duras reformas e políticas de axuste que recaen sob as clases populares. Malia que os exemplos das economías rescatadas --nomeadamente Grecia e Portugal-- dan boa conta das consecuencias sociais e políticas derivadas da solicitude de axuda á Troika, desde El País defenden que "non supón unha perda de soberanía, senón o exercicio compartido de esta nun contexto de crecente integración europea" e emprazan ao executivo español a non aprazar a súa solicitude pois, din, eso equivalería "a condear á economía española a unha recesión prolongada". O grupo Prisa, procura coa súa publicación exercer presión sobre o goberno español para que este acoda ao Fondo de rescate europeo e mesmo apunta a necesidade de que se desenvolva unha "reforma a fondo" das pensións --entre outras-- "para asegurar a súa sostibilidade", din, que deberá producirse "de todos xeitos" aínda que a economía española non sexa intervida. |
PRAZA_4993 | Un dos muros medianeiros da vivenda caeu este luns. O Concello gastou 435 mil euros na compra e apuntalamento da vivenda, pero leva anos adiando o proxecto de rehabilitación. A Fundaçom Artábria denuncia que a acción do Goberno local ficou en "boas palavras, promessas incumpridas e escassas concreçons" | Unha parte da casa natal de Ricardo Carvalho Calero, en Ferrol Vello, caeu na tarde deste luns, froito das chuvias e dos temporais deste inverno e a consecuencia de anos de abandono por parte do Concello. Ao redor das catro da tarde técnicos municipais comprobaron que un dos muros medianeiros da vivenda viñera abaixo, procedendo a seguir a cortar a rúa San Francisco, unha das vías principais do barrio, para a retirada do entullo. Cómpre salientar que a rúa Carmen Curuxeiras, moi próxima, leva máis de dous meses cortada ante o perigo de derrube de varias das súas vivendas. O Concello gastou 435 mil euros na compra e apuntalamento da vivenda, pero leva anos adiando o proxecto de rehabilitación O Concello de Ferrol adquiriu hai anos a casa natal do escritor e intelectual, xunto coas dúas vivendas anexas, tamén en estado de ruína. Pagou un total de 350 mil euros e posteriormente gastou outros 85 mil nos traballos de apuntalamentos. Nese momento, subliñouse que o obxectivo era proceder á rehabilitación da vivenda, para convertela nun centro cívico. Porén, o tempo foi pasando e esas actuacións nunca chegaron a comezar. Nos orzamentos de 2014, iso si, está reservada unha partida de 185 mil euros para o inicio das obras. A Fundaçom Artábria, entidade ferrolá que se distinguiu dende os anos noventa na reivindicación do labor de Ricardo Carvalho Calero e na demanda de que o autor sexa homenaxeado no Día das Letras, vén de responsabilizar nun comunicado ao Concello de Ferrol do derrube da vivenda: "há mais de umha década que a Fundaçom Artábria vinha anunciando o que finalmente aconteceu. Progressivamente, a casa natal de um dos mais importantes nomes da cultura galega nascidos em Ferrol foi apodrecendo e caindo aos pedaços", destacan, e lembran que durante anos reclamaron un compromiso do Concello e de todas as forzas políticas con representación municipal para levar a cabo a rehabilitación da vivenda. "A resposta fôrom boas palavras, promessas incumpridas e escassas concreçons, umha das quais supujo o gasto de 350 mil euros públicos para adquirir o prédio", sinalan. Fan extensiva a súa denuncia ao estado xeral do barrio de Ferrol Vello, "que é umha parte fundamental da história de Ferrol e que sofre umha decadência insuportável, ilustrativa da situaçom geral do Concelho de Ferrol" No texto, afirman que "consideramos os atuais governantes do PP máximos responsáveis pola derrocada desse pedaço da nossa história e apelamos ao conjunto da vizinhança de Ferrol para que deixemos de dar cobertura a uns governantes que constituem a negaçom do interesse público comum". Así mesmo, fan extensiva a súa denuncia ao estado xeral do barrio de Ferrol Vello, "que é umha parte fundamental da história de Ferrol e que sofre umha decadência insuportável, ilustrativa da situaçom geral do Concelho de Ferrol, em maos de umha classe dirigente inepta e alheia aos interesses da maioria do nosso povo". |
NOS_55733 | Ateigaron a capital do país na manifestación convocada por 'Queremos Galego' para demandar as modificacións precisas para poder vivir en normalidade na nosa lingua. E non faltaron, claro, nin as Irmandades da Fala nin Manuel María. VÍDEO NO INTERIOR. | "Estou aquí porque quero que algún día haxa motivos para deixar de ter que estar aquí". Loli, de Pontevedra, é unha das máis de 20.000 persoas (segundo cálculos da organización) que este 17 de maio ateigaron Compostela na defensa do galego. Como Loli, Xoán, da Mariña, que aponta ao xornalista: "Anota aí, é triste que aquí non esteamos os máis de dous millóns de galegos". Para no medio da frase, reflexiona e retifica: "Bon, ben mirado, somos moitísima xente nesta manifestación. Non hai moitas causas que sumen tantas persoas". E marcha coa bandeira galegoa ao ombro e os colantes de 'Queremos galego'. Foi, máis unha vez, unha mobilización multitudinaria o 17 de maio, unha marcha que, cando a cabeceira entraba na zona vella compostelá, a cola estaba aínda a saír da Alameda, o ponto de partida. Milleiros e milleiros de persoas unidas polo verso de Manuel María 'O idioma é a vida', que presidiu a mobilización nunha faixa levada, entre outros, por Marcos Maceira, Xurxo Souto, Mercedes Peón, Cesáreo Sánchez ou Marta Dacosta, entre outros. "A lingua é necesaria para existirmos como pobo" Antes de saír a mobilización Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, lembraba que existen máis de 400 normas que amparan e protexen o castelán por apenas 6 que o fan co galego " e que non se cumpren". Maceira emprazaba a un cambio na política lingüística ("estes anos de goberno Feijóo caracterízanse por atacar o galego"), poñendo como base para iso as 6 medidas "urxentes" que no seu momento propuxo A Mesa: da derrogación do decreto de 'plurilingüismo' até o uso con normalidade do galego nas administracións. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manifestou que era un día "para celebrar que temos unha lingua propia, que nos fai estar no mundo", ao tempo que quixo "denunciar a política de escracho ao galego de Feijóo, uns anos de desafiuzamento da nosa lingua do ensino, dos medios de comunicación...". "Hai que estender a reivindicación deste día aos 365 días do ano", pediu Martiño Noriega, alcalde de Compostela e dirixente de Anova, lembrando Manuel María e "o seu compromiso con esta lingua e con este país", e situando o galego como "unha ferramenta útil e que nos dá razón de ser no mundo". Multitudinaria A manifestación partiu da Alameda entre os berros de "Na Galiza, en galego" e "Sempre en Galiza, sempre en galego". Milleiros de persoas a percorrer as rúas da capital na defensa do idioma, faixas de organizacións políticas, sindicais, colectivos veciñais, ANPAs, asociacións culturais... Todo nun ambiente de festa e reivindicación. Soaban as pandeiretas mentres se cantaba espontaneamente 'O Carro', as gaitas enfilaban xotas e muiñeiras entre berros de 'Galiza ceibe, poder popular' ou a batucada facía bailar os cadrís de manifestantes ao tempo que se reivindicaba que Manuel María "gostaba que se empregase a grafía do português". Moitas crianzas, tamén, nesta marcha, garantindo o futuro do idioma. "Aquí estamos" A manifestación entrou na Praza da Quintana, onde Xurxo Souto exerceu de mestre de cerimonias. O sol mallaba na pétrea ágora compostelán, mais non foi quen de desanimar a xente, que seguía e exixir para o galego un trato xusto. Lembrábao Carlos Callón, escritor e ex-presidente da Mesa: "O outro día no xulgado, por pedir que un procedemento se fixese en galego, dixéronme que ía ter que agardar máis que se fose en castelán". Un exemplo de que en galego vivir con normalidade non é doado, sinalou, lembrando que hai centos de exemplos nese sentido. "A pesar de todo, aquí estamos", dixo Xurxo Souto perante os milleiros que ateigaban a Quintana. Pediu, fronte ao minuto de silencio tan institucional, "un minuto de boureo polo galego". Meu dito, meu feito: milleiros de gorxas uníronse para bourear a prol do idioma nun berro que acabou en aplausos. A compañeira de Manuel María, Saleta Goi, mandou unha mensaxe aos asistentes, que foi lida polo propio Souto: "O espírito de Manuel María está presente nesta manifestación". Aplausos a rachar, maré de emoción. E chegou a quenda da música: Mini e Mero, Fran Amil e A Tribo Incomprensíbel. Solfexo e baile e alegría para un idioma milenario. Antes, crianzas lendo o poema 'A Fala', do autor de Outeiro de Rei. "Na causa do galego só sobran os que queren dividir" Tomou a palabra Marcos Maceira, que lembrou que hai cen anos naceron as Irmandades da Fala na Coruña para reclamar o mesmo que este 17M demandaban milleiros de persoas en Compostela: "plena presenza e dereito de uso para a nosa lingua, con todas as obrigas necesarias para garantilo". "Na causa do galego só sobran os queren dividir, sementando prexuízos seculares contra Galiza e o seu idioma, con decretazos e sentenzas de odio", dixo, demandando que "cómpren agora mudanzas lexislativas que impidan que gobernos como o actual decreten a desaparición do galego da educación infantil, onde nin materiais didácticos hai, ou o tope do 33%, ou a prohibición para as materias da área científico-técnica. Fíxose contra a opinión maioritaria da sociedade e da comunidade educativa expresada nos sindicatos, ANPAs, organizacións estudantís, movementos de renovación pedagóxica e organismos consultivos". A voz de Manuel María lendo un dos seus poemas e o Himno Galego puxeron o ramo a unha mobilización polo galego que sumou e multiplicou na defensa do idioma. "O idioma é a vida", escribiu Manuel María. Máis de 20.000 persoas vivírono este 17M con el. |
NOS_16051 | Salmerón enfróntase a nove meses de cárcere por incumprir o réxime de visitas da súa filla co pai, condenado por malos tratos. | A entrada de María Salmerón é xa un feito. Cumprindo o mandato do Xulgado do Penal número 6 de Sevilla, Salmerón entrou voluntariamente en prisión para cumprir nove meses en prisión. A muller foi condenada por non cumprir o réxime de visitas co seu pai, argumentando na condena firma que pesa sobre o home por malos tratos. A Marcha Mundial das Mulleres, contra a «violencia xudicial» Pese a que os colectivos feministas que levan meses apoiando a María Salmerón aseguran que existen "razóns xurídicas suficiente para adoptar unha medida como a suspensión da condena, amparada nos requisitos legais", polo de agora a Xustiza executou a sentenza que pesa sobre Salmerón, polo que foi encarcerada. Neste sentido, a Asociación de Mulleres Xuristas Themis, a Fundación Mulleres a Federación de Mulleres Separadas e Divorciadas e Fademur defenderon a suspensión da pena de prisión, e criticaron duramente as trabas impostas pola administración xudicial á hora de intentar tramitar peticións ou alegacións nos xulgados especializados en violencia de xénero. Recurso de reposición Precisamente, días atrás a defensa de María Salmerón presentou un recurso de reposición ante o Ministerio de Xustiza, contra a decisión deste de rexeitar todas as solicitudes dos letrados de cancelar os antecedentes penais da muller. Precisamente, a validez ou non das outras condenas que pesan sobre Salmerón son claves para entender o porque da entrada en prisión de María Salmerón. O feito de que está condena de 9 meses, imposta en 2019, sexa menor aos dous anos que estabelece a lexislación para entrar en prisión cando non existen condenas previas, é un aspecto crucial para a defensa e os colectivos feministas. A violencia vicaria Neste sentido, a plataforma en defensa de María Salmerón denunciou nun comunicado a "violencia institucional" que está a sufrir a condenada, e pide que se apliquen "fórmulas de reparación". Asemade, demandan un cambio lexislativo ao Executivo estatal, "para evitar a arbitrariedade nos casos nos que haxa que aplicar a perspectiva de xénero". |
NOS_11281 | "Un, dous, tres". Ri. "Catro, cinco, seis, sete, oito", entoa para probar a gravadora. Volve rir e recoñece que a partir do nove os números se tornan algo máis complexos. Sabe falar o galego. Mellor, probablemente, do que el admita ou saiba. Ata aquí, o relato pode ser común. Unha persoa de fóra que lle gusta e fala o galego, que vindica o seu uso e, cando a vida se pon fea, percorre as rúas de Compostela nun mapa na súa oficina na procura de folgos. A historia gaña enteiros de rareza no momento no que lle pedimos que se presente e diga de onde vén: Rustam Turdibaev, de Tashkent, Uzbekistán. | Pakistán? Afganistán? Kazajistán? Son interrogantes capciosos ou ignorantes, ou ámbolos dous, que tivo que enfrontar Rustam cando a persoa sinte un -istán (lugar de) e directamente convérteo nun único país, habitualmente asociado a guerras e fundamentalismos varios. Se cadra, vostede xa o sabía, pero outras persoas descoñecen Uzbekistán, país de Asia Central, onde naceu o pai dos algoritmos que fará desta reportaxe unha peza viral, Abdullah Muhammad ibn Musa Al-Khwarizmi. Pode que se vostede é amante do ciclismo tamén lle soe polo ciclista uzbeko Djamolidine Abdoujaparov. "A xente maior de Galicia, cando dicía que era de Uzbekistán, sempre me falaban do ciclista, pero…eu non o coñecía!", admite divertido Rustam. "Tiven que buscalo en Internet e xa ves, coñecino aquí, a moitos kilómetros [máis de 6.000 km, segundo tamén Internet] da miña casa". Turdibaev é profesor e investigador da Universidade Akfa de Tashkent nunha materia que, de novo entre risos, admite que todo o mundo -ou case todo- odia: matemáticas. Rustam veu a Compostela para facer un programa de doutoramento na USC co Profesor Manuel Ladra. "A primeira impresión que tiven foi a amabilidade da xente, sempre querendo axudar. Un lugar moi tranquilo e tamén con moita festa". A festa é tamén na historia deste uzbeko o catalizador perfecto para arrancar a falar o galego. "Cando cheguei, non falaba o galego nin o español. Fixen o curso de A2 de castelán, pero…non aprendía nada. Nese punto pensei que o mellor xeito para aprender era saír de festa". Así elixiu o galego É o galego? "Todo naceu dunha broma. Xogaba na universidade nun equipo de Ultimate Frisbee e díxenlle a unha amiga e compañeira do equipo que, cando volvera dunha viaxe, íamos falar só en galego", relata Rustam. Moitos anos despois, amosa con palabras o lonxe que chegou a brincadeira. O matemático tivo que escoitar un discurso que, de seguro, vostede xa escoitou: "por que perdes o tempo aprendendo unha lingua local que nunca vas usar?". A resposta de Turdibaev ecoa ata a cafetería de Compostela onde partilla co camareiro lembranzas da súa etapa vivindo con brasileiros e portugueses e da súa recente visita a terras lusas: "Cando estiven aló, dinme conta de que, grazas ao galego, me podía entender perfectamente polas súas semellanzas", conclúe. En Uzbekistán conviven varias linguas, inda que a que impera é o uzbeko, malia que a meirande parte da poboación fala ou entende ruso polo pasado soviético do país. De feito, recentemente, o goberno, presidido por Shavkat Mirziyoyev, promoveu unha lei na que tódolos anuncios publicitarios e marcas comerciais deben estar en uzbeko: "Resulta curioso entrar nunha tenda que fóra pon Shoes, Supermarket ou Beauty Salon e, cando entras, ninguén fala inglés", ironiza Turdibaev. A piques de marchar de Compostela, non sen tristura e co firme desexo de volver, admite que hai unha cousa que lle pasa acotío e que lle amola: "Eu, cando veño, sempre quero falar o galego e seguir aprendendo e mellorando. E fágoo… pero a xente de aquí mírame como turista e cambian ao castelán". Malia todo, o picheleiro de Tashkent atopa na cidade un lugar tranquilo, perfecto para ir a calquera sitio camiñando ou en bici, "incluso con chuvia", e con moitos lugares por descubrir: "A Praza do Obradoiro e a Catedral é o mellor lugar para min, inda que nunca entrei nela. Sempre o deixei para outra ocasión". Esoutra ocasión, sempre posposta, resume unha experiencia habitual das persoas que pasean a súa rutina por unha cidade patrimonio da humanidade. Rustam condensa esa realidade nun refrán uzbeko: "O río que pasa ao teu carón non ten valor". O medo a "tanto turismo" Cando deixamos o café atrás, segundo el mellor o de Portugal, e aboiamos sobre as conxestionadas rúas, esquivando a comunidade peregrina que deposita o Camiño na súa derradeira estación, Turdibaev expresa en alto un medo: "Teño moitas ganas de volver a Galicia, pero despois de ver como están as cidades ou as Illas Cíes, por exemplo, temo que todo cambie moito por causa de tanto turismo. Cobrar por entrar na Catedral ou ter que reservar con moita antelación para atopar un hotel, pero veremos…". Despídome do picheleiro uzbeko, o matemático que a máis de 6.000 quilómetros de Compostela, flanqueado por un póster que proclama o seu amor polo galego, percorre mentalmente desde a súa oficina de Tashkent as rúas daquel lugar ao que chegou por casualidade e do que lle custa un mundo marchar. Un paseo visual de Rustam Turdibaev que sempre agocha o firme desexo de volver e a esperanza de que en Compostela todo cambie para que todo siga igual. |
NOS_37148 | A segunda etapa do Castañazo Rock de Chantada é xa máis lonxeva que a primeira. Aquel epicentro bravú virou en dous días de festival e un cartaz co máis graúdo da escena punk, rock e hip hop da Galiza e do Estado. Desta volta, Soziedad Alkoholika encabezan unha cita cuxa primeira xornada o 1 de novembro estará centrada no rap. | E ese Día de Todos Os Santos no mercado gandeiro de Chantada estarán SFDK e as dúas bandas do xénero principais na Galiza: Dios Ke Te Crew e Ezetaerre. O street punk dos vigueses Skacha, o folk punk dos vascos Huntza e metal dos navarros Koma completan a noite. O 2 de novembro, sábado, ademais de Soziedad Alkoholika, pasarán polo escenario do Castañazo os andaluces Narco, clásicos do rap metal, Nao nun dos concertos da súa derradeira xira, o reggae dos cataláns Auxili e máis dúas versións diferentes da charanga: a Balkan Bomba e a Mekanika Rolling Band. As entradas para o Castañazo xa se atopan á venda a 22 euros por día ou 34 o abono para todo o festival. |
PRAZA_16446 | A comisión de expertos da Xunta e a da Deputación avalan a nulidade da transmisión de Meirás á familia do ditador e apostan pola vía xudicial que xa tomou o Concello de Santiago para recuperar as figuras do Mestre Mateo, mentres A Coruña medita como devolver a Casa Cornide ao público | A batalla legal para desmontar a riqueza espoliada polos Franco avanza en Galicia. Varias administracións, entidades civís e grupos de traballo buscan a mellor estratexia para lograr a devolución das propiedades "roubadas" pola familia do ditador. Non son poucas nin pequenas. Un informe xurídico encargado pola Deputación da Coruña confirma o aval á nulidade da transmisión de Meirás aos Franco O pasado martes, un informe xurídico encargado pola Deputación da Coruña –e que será presentado este xoves á Xunta pro Devolución– confirmaba o aval á nulidade da transmisión do Pazo de Meirás aos Franco. Segundo o documento, o ditador asinou un contrato de compravenda "simulado" en 1941, cando levaba tempo usándoo tras ser incautado baixo presións e ameazas en plena guerra, e meses despois de que se aprobase a Lei de Patrimonio Nacional. Este acordo "ficticio" permitía que o inmoble pasase a ser ben público e que os familiares do ditador puidesen gozar del como propiedade privada. Esa é a clave sobre a que se debería basear a demanda que os expertos cren "acción necesaria" para recuperar unha das numerosas propiedades que os descendentes do xeneral fascista posúen en Galicia. A comisión de expertos que puxo en marcha a Xunta coincide nesta demanda civil por nulidade de contrato como a mellor fórmula para recuperar un Pazo que a familia do ditador xa puxo á venda nunha inmobiliaria por 8 millóns de euros, unha decisión que non comunicou ao Goberno galego, tal e como lle obriga a lei. Unha vez máis, e do mesmo xeito que co incumprimento das visitas a un ben considerado de interese cultural, os Franco obvian calquera tipo de lexislación. En calquera caso, a posibilidade de recuperar para o ben público o Pazo de Meirás vese agora como posible tras anos de desleixo e despois de que a demanda social e política se fixese cada vez máis evidente. Varias investigacións, como a publicada por Carlos Babío e Manuel Pérez Lourenzo, demostran ademais que o inmoble é só a punta do iceberg dun "macroespolio"que non se limitou ao diñeiro da poboación da comarca da Coruña. Terreos, casas, importante patrimonio artístico ou edificios históricos foron usurpados por parte da familia Franco, que se lucrou e séguese lucrando de todas esas propiedades grazas a unha elite burguesa clave para aquelas operacións. A familia do ditador lucrouse e séguese a lucrar das propiedades que usurpou grazas á colaboración das elites burguesas franquistas O caso máis claro son os preto de 80.000 metros cadrados nos que os Franco ampliaron as súas propiedades fóra dos muros do Pazo e na propia parroquia de Meirás. Decenas de terreos e leiras cuxos donos reais continúan desvelándose hoxe en día, do mesmo xeito que outras propiedades noutras zonas do concello, do veciño municipio de Oleiros e mesmo propiedades que agora se sitúan dentro dos límites das denominadas Torres. Ademais, en plena posguerra, as administracións públicas do franquismo gastaban diñeiro sen reparo en obras das xa propiedades de Franco coa inestimable axuda de diferentes concellos. Hai moitos exemplos, algúns ben ilustrativos. Un dos terreos expoliados aos veciños anexo ao Pazo servía de cuartel para as tropas, onde había un importante problema para a evacuación das augas fecais. En 1951 constrúese unha fosa séptica bacteriana e o ditador descobre que os restos eran un importante fertilizante para o millo plantado nas leiras lindeiras. Un investimento público de 50.000 pesetas fixo o resto e construíuse unha rede de saneamento entre o cuartel e o Pazo para abonar os xardíns. En 1974, segundo a investigación, investíronse no agora ben de Interese Cultural (BIC) 2,8 millóns de pesetas. En 1975, 3,5 millóns. Os Franco eran insaciables. A fórmula para facerse con máis terreos era sempre a mesma. A familia negociaba cos veciños a través da denominada Casa Civil, organismo creado en 1938, dependente directamente do xeneral fascista e que xestionaba todas as actividades que se derivasen da súa función como xefe de Estado. Acordaba –ou impoñía– un prezo para pasar daquela os terreos a propiedade da familia, pero sempre inscritos a nome do propio ditador. Negocio redondo para os Franco Durante os anos 80 e principios dos 90, a familia Franco vendeu a maioría dos terreos, obtendo elevados beneficios. Leiras compradas a través da Administración acabaron sendo aproveitadas para lucro dos seus proxenitores. No seu poder, con todo, continúan algunhas propiedades que non puideron vender "ao non ser urbanisticamente apetecibles e estar protexidas", como destacaba Babío. Os Franco venderon moitas propiedades e mesmo crearon empresas da ma do espolio Co resto gañaron, "moitas veces con recualificacións por medio das que sacaron tamén importantes beneficios". O xa citado acuartelamento de tropas, construído con fondos públicos nunha parcela roubada e posta a nome do ditador, "foi clave logo nun pelotazo urbanístico". "Non se lle pode sacar máis rendemento a un roubo", insiste quen considera imposible determinar cal foi o valor de todas esas vendas e cantas levaron a cabo. Mesmo xurdiron empresas da man do espolio. Pazo de Meirás Produtos da Huerta explotaba leiras expropiadas, producía leite, lúpulo ou madeira. O Ministerio de Agricultura facilitáballe sementes e mesmo as crías dos animais. Os investigadores posúen documentos nos que a Casa Civil de Franco agradecía a organismos públicos as súas achegas, e mesmo algún recibo de 180 pesetas por seis ducias de ovos producidos naqueles terreos. Ocupación simbólica da Casa Cornide, na zona vella da Coruña / CC-BY-SA BNG En todas estas operacións durante a ditadura, a familia do ditador valíase da axuda das elites franquistas. Tamén para que Franco cumprise cos seus caprichos, como a Casa Cornide, na zona vella da cidade da Coruña. Foi adquirida por Pedro Barrié da Maza nunha poxa en 1962 á que só asistiran el e o xefe do Movemento, e por ela pagou menos de 45.000 pesetas (270 euros). Logo, acabou en mans do ditador grazas á intervención do conde de Fenosa, un das figuras da época que formaron parte da denominada Xunta Prol Pazo, un grupo encargado de expropiar o Pazo de Meirás e recadar fondos para as súas obras. O Concello da Coruña encarga ao Consello da Memoria buscar a fórmula para recuperar a Casa Cornide para o público Agora, o Concello da Coruña tentará recuperar este emblemático inmoble e esa é a primeira posibilidade a estudar que lle encargou ao recentemente creado Consello da Memoria Democrática, órgano consultivo e de participación que buscará como reverter para o ben público o histórico edificio. Moito antes de facerse coa Casa Cornide, o ditador quixo unha casa fronte ao mar e en zona de praia . Elixiu Bastiagueiro, a poucos quilómetros da Coruña, e ordenou que se lle comprase unha propiedade para construír un chalé. Adquiriuse o terreo e levantouse unha residencia con fondos públicos. Tras a morte de Franco, a súa familia vendeu a propiedade, situada nunha das mellores zonas do concello de Galicia e con maior renda per cápita. Outro negocio redondo. As figuras de Abraham e Isaac Pero a perla da coroa sempre foi o Pazo de Meirás, onde os Franco reuniron pezas arqueolóxicas de importante valor, cruceiros, fontes, balaustres ou escudos traídos doutros pazos galegos. O de Bendaña, en Dodro, por exemplo, foi desmantelado para instalar na residencia de verán do ditador elementos como gravados, figuras da capela e as propias pedras. Mesmo a biblioteca desapareceu. Ademais, dos palacios de Ximode ou Hermida tamén se retiraron diferentes obxectos que acabaron en Sada. Entre os agasallos que concellos cedían para Meirás hai fontes de granito dos séculos XVII e XVIII, unha réplica do relevo da praza das Bárbaras na Coruña ou un cruceiro que representaba o Santo dous Croques e que foi usurpado do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. O Concello de Santiago denunciou os Franco para recuperar as figuras do Mestre Mateo Do mesmo Pórtico subtraéronse tamén dúas figuras do século XII, de entre 1,80 e 1,70 metros, obras do Mestre Mateo: Isaac e Abraham. As dúas estatuas están en mans da familia do ditador, a pesar de que non existe ningún documento de cesión por parte do Concello de Santiago, que as adquiriu en 1948 por 60.000 pesetas. O documento notarial de compravenda, así como o resto do expediente, foi atopado tras un traballo de documentación levado a cabo pola Universidade en colaboración con historiadores desa institución. Nese documento condiciónase a venda a que as esculturas non saian do patrimonio municipal nin por alleamento, doazón, concesión de depósito ou calquera outra figura, xa que en caso contrario debería indemnizarse ao propietario anterior con 400.000 pesetas. Despois de que advertise aos Franco e dese 15 días para que devolvesen as figuras, o Concello acabou por denuncialos para recuperar outras importantes pezas do patrimonio artístico galego que a familia do ditador tomou como súas sen ningún tipo de transacción legal nin acordada. As consecuencias da cadea de favores, corruptelas e espolios do público teñen consecuencia en conflitos actuais. A relación entre os terreos da Solaina e o Hotel Finisterre na Coruña –que a Autoridade Portuaria da Coruña insiste en poñer á venda para financiar o porto exterior, ante a mobilización cidadá para a súa reversión a terreos públicos– e aquela época é evidente. Armando Casteleiro Varela foi o impulsor da construción do complexo da Solana no que era a antiga praia do Parrote. Recibe a autorización das administracións en 1941 e abre as súas portas pouco máis dun ano despois. O empresario e nadador é irmán de José Casteleiro Varela, membro do colectivo que pelexou pola expropiación de terreos e a adquisición do Pazo en Meirás e, ambos, recoñecidos militantes fascistas na máis dura represión. Logo, Casteleiro decidiu construír un hotel e formou unha sociedade na que entrou o empresario Aurelio Ruenes, o arquitecto Santiago Rey Pedreira e a división industrial do Banco Pastor, banco que comandaba Pedro Barrié da Maza, designado procurador en Cortes por Franco desde 1946, e que acabaría por ser accionista maioritario da sociedade que xestionaba o hotel e a Solaina. |
NOS_55812 | Nove de novembro é o primeiro filme galego centrado nunha relación gay. Dirixida por Lázaro Louzao (Xove, 1988), a película narra os derradeiros días dunha parella que, tras dez anos xuntos, comeza a crebar. A cinta está enmarcada no ano 1989, coincidindo coa caída do muro de Berlín e a posterior absorción da República Democrática Alemá por Occidente. | Nove de novembro acaba de iniciar o seu percorrido por festivais. O vindeiro 7 de abril, Lázaro Louzao presentará a súa primeira longametraxe no Teatro Colón da Coruña a partir das 20:30 horas. Despois das curtas de Seres sombríos (2013) ou Crac (2014), o director presentaba o pasado mes Nove de novembro no Zinegoak, Festival Internacional de Cine e Artes Escénicas LGTBI de Bilbo. Cun orzamento de 30.000 euros, o filme foi financiado parcialmente a través dunha campaña de crowdfunding e xa se viu en certames como o New Renaissance de Amsterdam ou o qFlix de Philadelphia. A cinta está protagonizada por Ademar Silvoso e Brais Yanek, cunha historia de amor que se vai desenvolvendo paralelamente aos cambios políticos da época na República Democrática Alemá e no mundo. Durante a súa promoción, o filme foi sometido á censura de Facebook por mor dun bico entre os dous protagonistas no trailer. |
PRAZA_7706 | A lógica do direito partiria da presunçom de inocência, onde a acusaçom teria que demonstrar a existência de umha organizaçom, que ainda nom esteja disolta, a nossa pertença a ela, que esta envie diretrizes e que nós as cumpramos. Mas os sucessores da Inquisiçom mantenhem-se nas ordalias: guindamos a bruxa polo precipício e, se nos enganarmos, o nosso justicieiro Deus nom há permitir a injustiça e há enviar un grupo de anjos para evitar a queda. | Lógica e cárcere, cárcere e lógica. Umha relaçom íntima que se descobre em episódios como o da fuga de Fanto Fantini dumha prisom mental, narrada por Cunqueiro. Labirintos de portas automáticas, compartimentos estancos videovigiados e minotauros com oposiçom, están aí para encerrar perigos maiores do que os presos: a ameaça dum mundo sem lógica. O arquipélago penitenciario encerra, sobretudo, um caos: intramuros nom rege o princípio de nom-contradiçom. Se o resto do mundo fosse assim, as cousas emancipariam-se dos efeitos O arquipélago penitenciario encerra, sobretudo, um caos: intramuros nom rege o princípio de nom-contradiçom. Se o resto do mundo fosse assim, as cousas emancipariam-se dos efeitos, as cadeias censais tornariam-se serpes alucinadas, as argumentaçons cans enlouquecidos na perseguiçom do próprio rabo e as crianças nasceriam sem embigo como frutos orfos de árvore. A tecnología demitiría perante o desafio de construir guarda-chuvas num mundo no que chove e nom chove ao mesmo tempo. Cousas absurdas, equivalentes à de moça à que nom permitem apresentar-se ao exame de conduzir por nom ter a permissom de conduzir, som o dia a dia do cárcere. Nom se trata tanto do poder despido e absoluto do "porque sim" como dumha loucura burocrática que pretende dar-lhe aparência de lógico ao arbitrário. Por sorte, alguns tivemos bons Mestres deste reino livre de lógica, como aquele carcereiro de Soto del Real que ao perguntar-lhe como se podia conseguir papel a lápis responde: "colha lápis e anote num papel para o economato que quer comprar papel e lápis". Alguns tivemos bons Mestres deste reino livre de lógica, como aquele carcereiro de Soto del Real que ao perguntar-lhe como se podia conseguir papel a lápis responde: "colha lápis e anote num papel para o economato que quer comprar papel e lápis" O princípio de nom-contradiçom é à lógica o que a presunçom de inocência ao Estado de direito: a chave de abóbeda. Há já mais dum mês, os detidos na operaçom anti-independentista de setembro recebemos um documento assinado polo Secretário Geral de Instituiçons Penitenciárias em que nos comunicava a aplicaçom do 1º grau, o regime de vida carcerária mais severo. Se o normal, quando um preso entra en prisom, é que seja no 2º grau, e só se tem problemas de convivio, pelejas, etc, o mudam a 1º grau, os presos políticos metem-nos directamente en 1º grau por ordens do Ministério de Interior. O curioso é como construem a justificaçom da medida: pola "naturaleza y gravedad de los presuntos delitos, la pertenencia a una organización terrorista aún no disuelta, y no consta indicio alguno de desvinculación" do qual inferem: "la presencia en el interno de manifiesta inadaptación al régimen ordinario". A lógica do direito partiria da presunçom de inocência, onde a acusaçom teria que demonstrar a existência de umha organizaçom, que ainda nom esteja disolta, a nossa pertença a ela, que esta envie diretrizes e que nós as cumpramos A lógica do direito partiria da presunçom de inocência, onde a acusaçom teria que demonstrar a existência de umha organizaçom, que ainda nom esteja disolta, a nossa pertença a ela, que esta envie diretrizes e que nós as cumpramos. Mas os sucessores da Inquisiçom mantenhem-se nas ordalias: guindamos a bruxa polo precipício e, se nos enganarmos, o nosso justicieiro Deus nom há permitir a injustiça e há enviar un grupo de anjos para evitar a queda. Prisom de Topas, 28 de dezembro do 2012 |
NOS_38391 | O historiador conversa con Nós Diario após a súa comparecencia no xuízo por un presunto delito de inxurias á familia Franco. | "É difícil atopar un cualificativo, inexplicábel quizais". Así relata a Nós Diario Carlos Babío a súa comparecencia nos xulgados de Betanzos por mor da querela penal presentada pola familia Franco por un presunto delito de "inxurias e calumnias". O historiador declarou por vía telemática, xa que a causa se está a tramitar en Madrid. O pasado mes de decembro, a familia Franco abandonou definitivamente o Pazo de Meirás, após un longo proceso que se iniciou, en boa parte, grazas á detallada investigación de Babío reflectida na obra Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio. "Xúlganme por difamación pola mesma cuestión pola que se me nomeou testemuña perito nesta causa", lamenta. O historiador apunta que "todas as ditaduras teñen un aparato de propaganda que as axuda a construír relatos", contra o que el precisamente loitou: "O que fixemos foi expor a verdade, mais semella que calquera que faga un relato alternativo ao do franquismo termina sentado no banco dos acusados", argumenta Babío, que na súa declaración ratificou as palabras ditas até o de agora. "Poño a man no lume por todas as persoas que participamos no proceso. Non pretendemos empregar insultos ou calumnias, senón amosar o relato verdadeiro", insiste. Causa civil pendente Alén da querela penal pola que onte compareceu, Babío ten pendente aínda outra cita coa Xustiza, desta volta pola vía civil, aberta tamén nun xulgado de Madrid pola familia do ditador. Nesta causa, o historiador está acusado polos sete netos de Franco dunha suposta "vulneración da protección dos dereitos fundamentais á honra, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe", polos comentarios vertidos en 2018 no programa No punto de mira, da canle estatal Catro, cuxos responsábeis tamén foron citados a declarar. "Como se pode calumniar un ditador dicindo nada máis que a verdade sobre o que aconteceu? Un Estado ditatorial non é un Estado normal", matiza, facendo fincapé en que a familia do ditador, que actúa "de forma desesperada", actúa crendo que "aínda quedan reminiscencias do franquismo en determinados ámbitos da xudicatura". Pór fin ao espolio Babío agarda que a sentenza de Meirás sente cátedra e permita axilizar os trámites para a devolución ao dominio público doutros bens espoliados polos Franco como a Casa Cornide ou as estatuas do Mestre Mateo. "É un procedemento sinxelo, abonda con que a Xunta incoe o expediente para declaralo Ben de Interese Cultural (BIC), algo que foi chave na recuperación do Pazo", salienta o historiador, que lamenta os "anos perdidos" na recuperación de Cornide. "Hai un consenso total a respecto de que lle corresponde a denominación de BIC", engade. "A Xunta pretende dar a imaxe de que traballa a prol da recuperación cando en realidade non o fai", expón. Con todo, Babío cre que o Goberno galego actuou cunha "axilidade incríbel" na declaración como BIC da biblioteca de Emilia Pardo Bazán. |
NOS_13276 | Entre 1956 e 1976, Galiza incorporouse a unha certa modernidade. A que traía canda si, baixo o xugo ditatorial, a apertura ao turismo e a integración na dinámicas do capitalismo occidental. A esta realidade acceden as 120 fotografías que conforman a mostra Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia. 1956-1976, comisariada por Anxo Rabuñal. | Organizada en tras grandes bloques -traballo, festa, turismo-, a exposición verase no Auditorio de Galiza en Compostela a partir do vindeiro 9 de maio. Despois instalarase no Quiosco Alfonso da Coruña. "É o resultado dunha longa investigación no fondo Francesc Català-Roca, que consta de máis de 200.000 negativos e atópase depositado no Colexio de Arquitectos de Catalunya", explica Rabuñal. Non é a primeira incursión do comisario nese tesouro fotográfico. En 2015 editou, co selo Novaniké e a contribución do Museo do Pobo Galego e do gremio de arquitectos catalán, o catálogo Català-Roca en Compostela. 1956-1965. "Desta volta recollemos moitas máis fotos, sobre todo de traballo, e que abranxen todo o país", indica. Rabuñal localizou no fondo 1.300 impresións "de tema galego, a maior parte inéditas", colleitadas en sete campañas e outras viaxes a maiores. Català-Roca (Tarragona, 1922 – Baercelona, 1998) percorreu 29 vilas e centos de aldeas. Asesorouno en non poucas ocasións Álvaro Cunqueiro. Comisionado pola Dirección Xeral de Turismo de Fraga Iribarne, o seu labor consistía, a dicir de Anxo Rabuñal, "en crear unha nova imaxe de Galiza. Máis luminosa e cotiá". Era unha época de transición, en que o Estado franquista deixaba atrás a autarquía e a tecnocracia do Opus tomaba o mando. "Fraga Iribarne dirixiu aquela colosal campaña de propaganda", relata, "como xa fixera en 1964 cos 25 Años de Paz. Ao ano seguinte foi o primeiro Ano Santo turístico e no 66, o referendo para a Lei Orgánica do Estado". O fascismo de Franco procuraba ampliar a súa lexitimidade, dentro e fóra de fronteiras, e recurrira a un experto en comunicación. Tratábase do mesmo Fraga que traballara na xustificación do fusilamento do comunista Julián Grimau. "Nos anos 60, a ditadura crea o mundo en que aínda nos movemos. E Fraga é o guía desa ruptura", sinala Rabuñal. E ese é o mundo que rexistra a cámara de Català-Roca. "Outros fotógrafos tamén traballaron nesa época, pero as súas fotos son de autoridades, de momentos históricos", engade, "Català-Roca, porén, preferiu a dignidade do cotiá. Fotografou oleiros, pescadores, lavandeiras, que non eran motivos máis ca na etnografía". Ou unha serie de imaxes, entre as preferidas do comisario, sobre a construción do Burgo das Nacións, en Compostela. "Aparece unha imaxe futurista, como de Solaris [filme de Andrei Tarkovski] ou Odisea no espazo [filme de Stanley Kubrick]", abráiase. Porque Català-Roca capta un país en transformación con ferramentas de vangarda. Explícao Joan Fontcuberta: "O conflito entre forma e contido, entre experimentación e testemuña, quedou obsoleto en parte grazas a el". "Non é un fotógrafo peor ca Cartier-Bresson", opina Rabuñal. Pon como exemplo da síntese entre documento e linguaxe de avangarda unha foto da Fonte dos Cabalos, na praza compostelá de Praterías: "Ese contrapicado é un documento, si, pero expresado cunha linguaxe avanzada". A idea de país que transmiten os negativos de Català-Roca racha con estereotipos e lugares comúns. "Ate as súas fotografías, Galiza era a etnografía de Ruth Matilda Anderson ou o mundo cursi de Ksado, a súa 'Galiza inefábel', que segue a usar a publicidade institucional". Visto hoxe, engade Rabuñal a xeito de conclusión, o seu traballo "incita ao coñecemento". "É un instrumento para pensar o país, non un mero pracer estético, para reflexionarmos sobre quen somos e onde estamos", di. Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia. 1956-1976 é unha coprodución dos concellos de Compostela e da Coruña. Nota: fotos de Francesc Català-Roca en Compostela. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.