ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_7604 | Enrique Negueruela esíxelle á Consellería de Traballo que explique "onde están os cartos que faltan" e que corresponden a transferencias finalistas do Goberno central | O secretario de Economía da Executiva do PsdeG-PSOE, Enrique Negueruela, vén de denunciar un suposto desvío de 13,6 millóns de euros, correspondentes a formación para o emprego, por parte da Consellería de Traballo, aos que suma outros dous millóns que deberan ser destinados á formación de ocupados. Así o dixo logo de que a conselleira afirmara que destinará á formación para o emprego soamente 40,6 millóns de euros en 2013, cando o Estado lle transfire a Galicia mais de 54, e anunciara que soamente destinará 6 millóns de euros dos 8 que transferirá o Estado para a formación de ocupados. Estes 16 millóns de euros significan un de cada catro euros que deberian ser destinados á formación para o emprego "e que son financiados coas cotas de formación profesional que se lle descontan a tódolos traballadores", denuncia Negueruela, que lle esixe á conselleira que explique "ónde están os cartos que faltan" e que corresponden a transferencias finalistas do Goberno central O responsable socialista salienta que na actualidade hai "mais de 175.000 demandantes que carecen do Graduado en ESO, polo que non poden recibir a formación dos Certificados de Profesionalidade de nivel II ou superior". Dous de cada tres demandantes están nesta situación. Neguereuela reivindica a necesidade de que se lles dea formación en competencias clave aos demandantes que carezan do Graduado en ESO. Por este motivo esixe que a Consellaria de Traballo destine á formación destes traballadores "os 16 millóns de euros que pretende desviar". |
PRAZA_11614 | Feijóo volve chamar á gran coalición e á unión dos "constitucionalistas" na celebración do 41º aniversario da Carta Magna, xornada na que o BNG reivindica a autodeterminación cunha cadea humana. | Núñez Feijóo segue chamando á gran coalición. O presidente da Xunta advertiu este venres que "aínda se está a tempo de tentar conseguir gobernos entre partidos constitucionalistas" fronte a un "que non acepte a Constitución" e que, segundo di, sería "letal para os intereses de España". Doutra volta, emprega un adxectivo que antes empregara para a posibilidade de que Gonzalo Jácome se convertese en alcalde de Ourense, finalmente elixido tras o pacto acadado co PP. Desta vez falou Feijóo nos actos en Madrid polo aniversario da Carta Magna no Congreso, no que dixo que "cómpre" máis ca nunca "darlle un abrazo á Constitución" ás portas da formación dun novo Executivo no Estado. "Calquera proposta que saia do Goberno con partidos que non aceptan a Constitución ou que o fan por imperativo legal será un Goberno de máximo risco""Calquera proposta que saia do Goberno con partidos políticos que non aceptan a Constitución ou que, como eles din, a aceptan exclusivamente por imperativo legal, será un Goberno de máximo risco de España", dixo o presidente da Xunta, que cre que é "moi perigoso estar no primeiro momento da nosa historia ante posibles gobernos que parte deles ou socios que voten e os faciliten estean para destruír esa Constitución". Entre duras críticas a Pedro Sánchez, Feijóo acusouno de "buscar un acordo, un pacto e asinar un acordo en primeiro lugar con Podemos e agora tentar obter o visto e prace do señor Junqueras e do señor Torra". Mentres Feijóo celebraba o aniversario da Constitución en Madrid, o BNG levaba a cabo en Santiago unha cadea humana ao redor do Museo do Pobo Galego, como acto simbólico en defensa da autodeterminación no que participaron numerosos cargos nacionalistas.A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, reclamou o "dereito" de pobos e cidadáns a cambiar as leis, incluída a Constitución, e cargou contra Vox, que definiu como "aborto do PP". O BNG reivindica a autodeterminación e carga contra unha Constitución que considera un marco "esgotado"Para Pontón, a Carta Magna é un marco "esgotado" que non serviu para solucionar os problemas de Galicia e que é un texto "dos privilexios duns poucos", entre os que incluíu á dinastía borbónica, unha institución "carca, antidemocrática e machista".Por outra banda, a portavoz nacionalista mostrou a súa preocupación ante a extrema dereita e destacou que non "debe sorprender" que a dereita pacte con Vox, porque "non é máis que un aborto do Partido Popular".Anova denuncia que a Constitución sexa utilizada "como unha arma arreboladiza e de parte, converténdoa nun texto sacralizado e dividindo acidadanía"Ademais, Anova advertiu tamén polo Día da Constitución dun réxime, o de 1978, que "entrou nunha fase de crise terminal que poderá dilatarse máis ou menos no tempo, pero que fai urxente abordar política e socialmente".Nun comunicado, a formación soberanista considera que a Constitución é un texto "continuista co aparello represor do franquismo" e que "foi empregada nos últimos tempos como unha arma arreboladiza e de parte, converténdoa nun texto sacralizado e dividindo a cidadanía entre 'constitucionalistas' e 'non constitucionalistas". |
NOS_15259 | Fraport paga 1.230 millóns de euros por se facer con estas terminais privatizadas polo executivo de Syriza. Entre elas, aeroportos nas emblemáticas illas de Creta e Mykonos. | O Goberno grego aprobou esta terza feira a concesión de 14 aeroportos á empresa xermana Fraport, segundo informa Euronews. O Boletín oficial do estado heleno sinala que a firma Fraport paga a Grecia 1.230 millóns de euros para se facer con estes aeroportos durante os vindeiros 40 anos. Un dos socios maioritarios desta firma é o lander de Hesse. Terminais de importancia como as de Salónica, Corfú no Xónico, Canea e Cefalonia na illa de Creta, ou as turísticas illas de Santorini e Mykonos no Exeo, serán agora propiedade de Fraport, que se compromete a investir máis de 1400 millóns durante as vindeiras catro décadas. Unha vez aprobado o terceiro resgate a Grecia, o goberno de Syriza veuse na obriga de transferir activos estatais a un fondo de privatización por valor de 50.000 millóns de euros a fin de pagar así parte da súa débeda. |
NOS_24152 | Máis de 447.000 familias saen adiante no noso país grazas ás prestacións sociais, 78.000 máis que no comezo da crise. | Son a Galiza que ou non sae nos telexornais ou sae en forma de simple cifra aséptica e impersoal. Mais tamén os números saben falar, e así o fan o 4, o 7, o 3, e tamén o 1. Son o 447.313. É o número de fogares que na Galiza tiña nas prestacións sociais (desemprego, pensións,...) a súa principal fonte de ingresos. O 42% das familias galegas. Os fogares onde o salario era a principal fonte de ingresos pasou do 62% a menos do 56% en menos de catro anos Os datos oficiais indican que entre 2007 e 2011 houbo unha verdadeira guerra económica que deixou como vítimas as familias galegas. O Instituto Galego de Estatística (IGE) na súa serie histórica da 'Enquisa das condicións de vida das familias' cifra en 371.602 os fogares que a inicios de 2008, nos comezos da crise, estaban nesa situación. Eran, daquela, o 37,05% das familias do país. Unha porcentaxe que a finais de 2011 era do 42 por cento. Neses catro anos as prestacións sociais convertéronse na trabe principal dos fogares de 78.000 fogares máis, até os mencionados 447.313. Ingresos por traballo e rendas En paralelo, e como vasos comunicantes, houbo unha forte queda dos ingresos por traballo como fonte principal nas familias galegas. A principios de 2008 case o 62% dos fogares do noso país tiñan nos salarios e soldos os ingresos máis importantes. Catro anos despois esa cifra non chega o 56 por cento (é do 55,8%). Nas estatíticas do IGE tamén se fala daquelas familias que teñen a principalfonte en ingresos 'doutro tipo'. Son, por exemplo, as rendas. Aquí están o 1,9% dos fogares de Galiza, uns 20.000. |
NOS_49557 | A emisora indica que no seu recurso contra a Xunta o Ministerio Fiscal solicita TSXG "que recoñeza a lesión do dereito a crear medios de comunicación social que ven denunciando esta asociación", en referencia a Cuac FM. | "A Fiscalía estima que a Xunta vulnera os dereitos fundamentais de Cuac Fm". Así o manifesta esta radio comunitaria na súa web esta quinta feira, ao informar que do informe que vén de emitir o Ministerio Fiscal e no que "manifesta e fundamenta xuridicamente a súa coincidencia coa posición defendida por CUAC na súa demanda contra a Xunta". Así, o Ministerio Fiscal, afirman,, "argumenta que non é xustificada nin acorde a dereito a advertencia que fai a Xunta de que Cuac FM non pode volver a emitir na FM". Hai que lembrar que o 1 de outubro de 2017 esta radio apagaba o seu emisor perante a incoación dun procedemento sancionador por parte da Secretaría Xeral de Medios, baixo a sanción dunha multa de entre 100.001 e 200.000 euros. Cuac recorreu e entón a Xunta decidu retirar a sanción mais prohíbelle "emitir de novo na frecuencia modulada (FM)" (no mínimo ata o desenvolvemento regulamentario da Lei 7/2010 General de Comunicación Audiovisual que o Goberno está a incumprir). Cuac entendeu que iso restrinxía dereitos constitucionais do dereito a comunicar e interpuxo un recurso contencioso-administrativo contra a Xunta, recurso que foi admitido a trámite por parte do TSXG. A Fiscalia, explican desde Cuac, co seu informe considera que a Xunta está "efectivamente limitando o dereito de expresión cando na resolución do expediente sancionador fai un apercibimento a CUAC de que non pode emitir ao non existir o desenvolvemento regulamentario da Lei 7/2010 General de Comunicación Audiovisual" |
NOS_22324 | Son 55.000 procuras diarias. | O Dicionario da Real Academia Galega superou a cifra dos 15 millóns de buscas rexistradas desde o 1 de xaneiro de 2017 a través da páxina web da Academia e do Portal das Palabras. Unhas 55.000 consultas diarias. Mellora así, cando aínda faltan dous meses para que remate o ano, os 14,4 millóns de consultas coas que fechou 2016. A esta cifra hai que sumarlle unhas 1,6 millóns de visualizacións -máis do duplo que en todo 2016- das aplicacións do Dicionario para Android e iOS, que suman case 70.000 descargas. O número de usuarios únicos tamén medra: son máis de 873.700 en dez meses, por riba dos 867.555 contabilizados durante todo o 2016. A RAG estreou en 2013 a versión dixital do seu Dicionario, que ofrece máis de 56.000 termos que poden ser consultados en academia.gal, e do Portal das Palabras, unha iniciativa para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión da nosa lingua compartida coa Fundación Barrié. Aplicacións móbiles e bot para Facebook Outra vía de acceso ao Dicionario son as aplicacións desenvolvidas para teléfonos móbiles e tabletas con sistemas iOS e Android. Ademais de permitir consultar o significado das palabras, dan tamén acceso desde calquera móbil ou tableta aos xogos interactivos e outros recursos lúdicos e didácticos de lexicografía que ofrece o Portal das Palabras. O Dicionario dispón ademais dun bot para Facebook que define termos por medio do Messenger desta rede social. As dez máis procuradas A listaxe das dez palabras máis buscadas neste mes está encabezada por 'conacha' (vulgar: Aparello xenital feminino), seguido de 'afouteza' (1. Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades. 2. Seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme). O terceiro posto é para alfil, nunha lista de dez primeiros no que tamén figuran máis, luscofusco, dioiva, presa, botar, fóra, mañá e bóla. |
NOS_27820 | O ex-deputado Jorge Trías Signer publica hoxe un artigo en El País en que confesa a existencia de pagamentos en negro. | O escándalo Bárcenas vai a máis e as súas consecuencias finais son neste momento impredicíbeis. Hoxe o diario El País publica un artigo do ex-deputado Jorge Trias en que admite a existencia de sobres en negro, pagamentos que ascendían até os 10.000 euros. O ex-parlamentar afirma que o asunto vén de lonxe e que non se quixo "mais puidose" resolver. O político conservador pide a Rajoy que dea explicacións, xulga que a Axencia tributaria debería investigar se cómpre enviar o asunto ao xulgado e deixa entrever que se o PSOE non está a denunciar con contundencia este escándalo é porque talvez tamén teña algo que agochar. |
NOS_55468 | A cantora que revolucionou a canción galega a finais dos 70 e de quen temos aínda na memoria como a voz do 'Sancristán de Coimbra' ou 'Alecrín', volve con novos proxectos na carteira, un deles, unha zarzuela en galego. | Logo do seu éxito con aquel primeiro disco, titulado 'Pilocha' (1978), a cantora viguesa desapareceu da escena -e do país- e volveu timidamente 20 anos máis tarde, con algúns proxectos con Antón Seoane (Milladoiro) como 'Calamidá sentimental' (1998) ou 'Lambón cancións para os croques', destinado ao público infantil. Desde hai varios anos dá clases de canto nunha escola de música en Lugo, desde onde desenvolve varios proxectos musicais cos seus alumnos. "Ademais, teño en carteira facer un par de discos, un deles co compositor e guitarrista de jazz Marcos Pin", conta a cantora. Agora está inmersa na preparación dunha zarzuela en galego, xunto cos seus alumnos adultos, que se estreará na vindeira primavera. Todo naceu doutra experiencia similar, cando estrearon de forma moi exitosa 'La verbena de la Paloma', un clásico español do chamado xénero 'chico', obtendo cheos en varios teatros da provincia de Lugo. A zarzuela, un xénero "a rescatar" Segundo Pilocha, "a zarzuela é un xénero a rescatar, está moi esquecido pero en Galiza tivo moita implantación". O título desta peza é 'Unha lúa para Belido'. "É unha obra orixinal, escrita en galego, con humor e unha crítica social bastante ácida, con personaxes do imaxinario popular galego como Romasanta", explica. O libreto é orixinal de Ramón Area (novelista), a música de Vadim Yukhnévich (Banda Crebinsky), os textos da propia Pilocha e a dirección de escena de María Barcala, de Teatro do Atlántico. Subirán a escena uns 15 solistas e 5 músicos, e teñen previsto facer unha xira polo país. A zarzuela na nosa historia Efectivamente, se botamos un ollo á nosa historia atopamos máis zarzuelas en galego do que cabería agardar. Desde 'Non máis emigración!', que se estreou en 1886 nun teatro da Habana, foi un xénero de ida e volta, que xa no século XX foi promovido no tempo das Irmandades para achegalo ás teses galeguistas a través das corais creadas por este movemento, como Toxos e Froles, Ruada ou Cántigas e Agarimos. A última zarzuela representada en galego foi 'O arame', que se estreou no Teatro Colón en 2008, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo, aínda que en pequenísimo formato, con só dous solistas. |
NOS_21675 | Non hai fronteiras entre o Brasil e a Galiza. O músico Sérgio Tannus publica Son brasilego, un traballo composto por cancións propias e onde conta coa colaboración duns corenta músic@s da lusofonía. Preséntase a cuarta feira, ás 20 horas, nas Crechas e o día 18 no Teatro Principal de Compostela. | "Son brasilego, manga e pesexo. Son froito cento por cento dunha nova raza de xente". Con estas palabras, o músico Sergio Tannus resume o seu novo disco, que se chamará, precisamente, Son brasilego. O título é toda unha declaración de intencións, un manifesto metafórico que conxuga o verbo ser ao ritmo dunha fusión de sensibilidades, de dous puntos de vista dunha mesma cultura separada e unida ao tempo por un eterno océano. "Son brasilego, manga e pexego", canta Tannus nunha canción que lle regala o título ao álbum. "Son froito dunha nova raza de xente", escóitase na melodía, co orgullo dun berro de confesión e a convicción da proclama. Tannus, desde o outro lado do Atlántico, é membro desa "nova raza" e o seu futuro disco, que ten previsto o seu lanzamento para finais de outubro, convértese na resposta do músico á hospitalidade que atopou neste recanto do mundo. "En certo xeito é pechar un ciclo dos seis anos que estiven en Galicia. Quero que sexa un agradecemento e unha ponte de unión", explica Tannus, que insiste en que o disco non é seu, que é unha obra "colectiva". O álbum reúne ao redor de Tannus un batallón de músicos que tinguen de lusofonía cada pentagrama. Uxía, Emilio Rúa, Ugía Pedreira, Sonia Lebedinsky ou Xabier Díaz son algúns dos nomes galegos que prestan a súa voz nun disco que conta con máis de corenta colaboracións. Os seus compañeiros de trío, Serginho Sales e Paulo Silva, o fadista Carlos do Carmo e Aline Frazao, tamén participan nun álbum de vocación colectiva que resume, en certo xeito, un sentimento que agromou cunha serie de músicos procedentes da lusofonía que chegaron a Galiza para ficar e cun grupo de músicos galegos que compartiron todo con eles. A "raza nova", brasilegos de aquí e de acolá. Tannus é un exemplo claro deste colectivo procedente do Brasil. A súa transformación en brasilego remóntase a 2006, na cidade de Niterói. En abril daquel ano, celebrouse un encontro cultural e musical. Nese momento cruzaron os camiños do intérprete brasileiro e dunha comitiva galega en que se atopaban, entre outros Uxía, Luar na Lubre ou Fran Pérez Narf. Alí agromou unha amizade entre Tannus e os galegos ao tempo que espertaba o seu interese por un recanto de Europa chamado Galiza. Tras o verán, Sergio Tannus iniciou unha nova xira conxunta con Lilian França por Europa. Pararon por Compostela, nun concerto dobre no Teatro Principal en que compartiron escenario con Pepe Sendón, Marcos Teira ou Fran Pérez. "Foron eles os que me trouxeron a Galiza!", admite con agradecemento. Chegou e xa foi quedando. Neste disco común, os brasilegos de Galiza os brasilegos do Brasil únense nun exercicio de lusofonía colectivo no que cantan un feixe de cancións musicadas por Tannus. O disco está editado por Fol Música. |
PRAZA_4350 | Urxen medidas de intervención económica destinadas a reducir o uso de materiais e enerxía, pero esta redución debe darse en paralelo a medidas que aseguren os consumos básicos das maiorías sociais. | Convén comezar a pensar desde xa, os pasos a tomar de cara á recesión económica que se nos vén enriba. A crise da Covid19 non é o produto de unha disfuncionalidade do sector financeiro, nin un reaxuste produtivo na dixestión da fábrica global. É un anticipo das consecuencias que está a ter o choque do sistema capitalista contra os límites da biosfera. Este impacto déixase sentir nas entrañas do sistema produtivo, alterando as condicións laborais. Pero vaiamos por partes: o anterior ciclo financeiro, colapsado coa pasada crise, encamiñaba á economía española a medrar en torno a un 6% anual entre 2014 e 2025 coa fin de estabilizar a débeda en torno ao 60% do PIB, uns valores próximos á actual débeda alemá. Ninguén agardaba que isto acontecese, pero este marco de referencia coloca agora ao Estado nunha posición sumamente difícil ante os mercados internacionais. As caídas prognosticadas en torno a un 6 e un 13% do PIB, así coma o ascenso do déficit público (até o 10%), preludian unha condición de debilidade, tal como demostra o recente incremento dos intereses da débeda española. O grande problema non se encontra, sen embargo, no escenario financeiro, senón nas alternativas laborais post-covid. A presente xeración de traballadorxs xóvenes fora xa bautizada polos medios de comunicación como unha "xeración perdida" durante a anterior crise financeira. A unhas escasas saídas laborais, emigración forzosa e precariedade crónica, uníanselle os maiores recortes da historia da democracia, o aumento dos prezos do aluguer e unha desigualdade de renda en aumento. Encaixada entre dúas recesións en a penas dez anos, ás clases medias precarizadas, úneselle o sector dxs traballadorxs pobres e xs traballadorxs migrantes, presionadxs cara as fórmulas de emprego máis draconianas (como é o caso dxs autónomxs dependentes), estacionais ou directamente irregulares. Especialmente grave é a situación no sector do pequeno comercio, a hostelería e o turismo. O primeiro leva décadas sufrindo unha derrota tras outra fronte ás grandes superficies e todo parece indicar que este pode ser o seu golpe de graza, o segundo e o terceiro son referentes de emprego precario e mal pagado ao que nos agarrabamos o proletariado millenial para paliar situacións de vulnerabilidade económica. Trátase de dous sectores emparentados sumamente temporais, que nos integran e nos expulsan segundo se incrementa e reduce o fluxo consumidorxs. Ao encollérense, encolle tamén a última táboa de salvación que nos mantén a flote sobre a exclusión social e o risco de pobreza. Seguramente ningunha resposta do goberno central sexa suficiente para facer fronte ao crack económico e a súa réplica emane das institucións europeas. Algunhas medidas inmediatas do executivo, coma os ERTE's, corren os risco de convertérense en despidos coa volta á actividade, de aí que o executivo planee derogar (torpezas mediante) os aspectos máis lesivos da reforma laboral. As decisións tomadas en torno ao aluguer, en cambio, seguen reiterando no erro de tratar a vivenda coma un mercado e non coma un dereito e o mesmo acontece co Ingreso Mínimo Vital, cuxo alcance e esforzo non se deben desprezar, pero que está moi lonxe de garantir o dereito á vida nunhas condicións dignas. Un parapeto coma o do escudo social defendido por Podemos implicaría unha reforma fiscal encamiñada a aumentar a recadación do Estado por medio da exacción das rendas máis altas. Non parece que teña colleitado moito éxito polo momento. Descartada, case con toda probabilidade unha recuperación en forma de V, agora tócalle ás autoridades da UE tomar partido. A proposta francoalemá non é unha vitoria progresista e moito menos transformadora, pero afasta no curto prazo a necesidade de recorrer a outras medidas que impliquen contraprestacións. Preténdese asegurar unha liña de transferencias por medio de emisións de débeda que sería asumida polas institucións europeas. Desta forma rebaixaríanse os intereses e evitaríase que os rentistas internacionais atopasen na debilidade económica unha fonte de ganancia, conxelasen as liñas de crédito á economía produtiva e dedicasen o diñeiro á especulación.O problema aquí reside en cara onde irán destinadas as axudas que se poñan en marcha desde o Estado e a UE. Todo parece indicar que os estímulos económicos postos a disposicións dos mercados estarán dirixidos a continuar o que desde o ecoloxismo se coñece como escenario BAU (Bussiness As Usual), fortalecendo a andaina habitual do ciclo económico. Se o esforzo europeo se restrinxe a rescatar grandes empresas (aviación, automobilísticas turísticas etc.), reproducirán a receita da pasada crise financeira, insistindo nun modelo económico que se ten revelado ineficaz até o absurdo. Privatiza os beneficios en épocas de bonanza e socializa as perdas precisamente nos momentos de maior necesidade.Cabe destacar que a crise social que nos acompaña está a darse en paralelo a unha profunda crise ecolóxica. Os informes dos expertos sobre o Cambio Climático e esgotamento de recursos, son moi claros. Un ascenso da temperatura por enriba dos dous graos de media suporía o colapso de entre o 15 e o 50% dos ecosistemas, polo que o quecemento global tomaría inercia propia e volveríase fisicamente imparábel. Urxen medidas de intervención económica destinadas a reducir o uso de materiais e enerxía, pero esta redución debe darse en paralelo a medidas que aseguren os consumos básicos das maiorías sociais. De non ser así, resultará imposíbel artellar unha Transición Ecolóxica conservando a cohesión social necesaria para levala ao cabo. A implementación de subsidios sociais, rendas básicas etc. hoxe son a única medida que garanten un mínimo vital ante unha estrutura laboral en shock. Os estímulos económicos non deben derivar nunha maior concentración de capital, pola contra, deberían prever a necesidade da descarbonización da economía, ao tempo que se fortalezan os mercados internos por medio de incentivos ás economías de proximidade. É tempo de forzar ao BCE a que abandone a súa falaz "independencia" e financie directamente aos estados, para así poder costear un cambio de modelo. Decrecer en termos absolutos non implica que todos os sectores teñan que minguar: a innovación tecnolóxica debe orientarse á evolución de técnicas de aforro enerxético. A minería de vertedoiro xunto co desenvolvemento da economía circular son dúas ferramentas esenciais para pechar ao máximo o ciclo de materiais. O S. XXI ten que ser escenario de outras formas de educar e coidar, nas que as fronteiras entre sociedade e natureza se difuminen, para o que é imprescindíbel o papel da educación ambiental. E por suposto, este é o momento para facer un grande esforzo económico en enerxías renovábeis que podería enmarcarse nos territorios máis golpeados pola recesión económica. Se non é agora, cando? |
NOS_9128 | Afondamos nas medidas e nas decisións a tomar de cara a salvar a crítica situación dos centros de ensino e de maiores e, analizamos con el as directrices do Goberno, no contexto da Covid-19. | - Cales son os obxectivos, as chaves do Goberno do PP (Partido Popular) para esta lexislatura?Como se expresou no acto de investidura, hai unha actuación perentoria que é adaptarse á pandemia e continuar a prestar os servizos públicos, sanitarios, educativos e sociais na nova contorna da maneira que ofreza máis garantías. Por outra parte, a Galiza tiña outros problemas que solucionar a curto prazo, falo da industria electrointensiva e do problema de Alcoa, das amezas da empresa relacionada co mar, pola posíbel modificación da Lei de Costas, a situación pola que pasan os estaleiros públicos... E xunto con eses problemas, que estaban enriba da mesa antes da pandemia, tamén estaban os que teñen que ver coa dinámica do país a longo prazo. Adaptar o tecido produtivo á nova realidade, que implica fomentar a innovación na industria e nos servizos, optimizar o uso do territorio e, por suposto, o problema demográfico. - Fala vostede de industria pero no novo Goberno non ten unha Consellaría de seu.Hai unha Consellaría de Innovación e de Empresa e, evidentemente, o reto da industria é a innovación. Estamos a falar do tecido empresarial e industrial da Galiza, sexa público ou privado, e polo tanto esa ausencia é unha cuestión nominal. O que reflicte o novo Goberno é que este tema ten prioridade, porque se creou unha nova Vicepresidencia xustamente para traballar de maneira máis horizontal no ámbito da innovación. - A outra Vicepresidencia ten turismo e, aínda que sexa unha 'cuestión nominal', parece que recuperación económica non se vai fiar na industria.É certo que o turismo ten un peso importante no noso produto interior bruto, e tamén que o noso turismo, sobre todo vencellado ao Xacobeo, permite que os ingresos do sector non sexan estacionais, xunto con outras actividades que se están a promover desde a Xunta desde hai tempo, como o turismo cultural ou o relacionado cos deportes náuticos. Pero a principal actividade en perspectiva é o Xacobeo e o turismo segue a ser prioritario no novo contexto da Covid-19 e paréceme que merece a relevancia de estar nunha Vicepresidencia que pode coordinar os esforzos dirixidos a garantir a seguridade nese ámbito. - O sector servizos está moi prexudicado pola Covid-19 e non parece que vaia haber unha cura a curto prazo. Non é un erro darlle prioridade ao turismo?O turismo é unha parte importante do sector servizos pero non é a máis importante, nin reflicte todas as demandas de transformación do sector. Hai problemas específicos na área comercial que xa viñan derivados da aparición de plataformas en liña que fan ventas masivas e, polo tanto, poden xogar coa baixa dos prezos, e hai outras partes do sector que conseguiron en boa medida adaptarse ás necesidades dos mercados, como bancos ou seguros. O turismo é importante e, na Galiza especialmente, polo Xacobeo, pero a preocupación polo sector servizos debe ser máis ampla. - Non é o cambio de titularidade en Educación, con todo o que está a pasar, unha emenda ao propio Goberno?A educación e o cambio de titularidade é unha competencia do presidente e, explicouno el mesmo, que se trataba de dar prioridade ao emprego e á igualdade coa creación dunha nova consellaría, sen incrementar o número total delas nin os altos custos administrativos. Certo que o inicio do curso escolar é problemático, en todo o mundo, estamos expostos á Covid-19 pero lévase tempo a traballar nos protocolos, o primeiro publicouse en xuño, fomos a primeira comunidade en facer a adaptación normativa. É unha situación de moita responsabilidade para pais e nais, alumnado, persoal docente... Entendemos que a educación presencial é fundamental e hai que facer un esforzo para que o contaxio incida o menos posíbel. -Pero o sector educativo reitera que os protocolos non son claros, que hai que baixar as ratios e aumentar o número de docentes... E tamén di que non hai un plan para cando se produza un contaxio.Estanse a facer todos os protocolos pero logo hainos que adaptar á realidade de cada centro educativo porque non son as mesmas situacións as do medio rural ou as do centro dunha cidade. Por iso os protocolos contemplan certa flexibilidade para que os diferentes colexios, a través das equipas directivas, poidan adaptarse ás circunstancias. Dito isto, Galiza fixo un protocolo en xuño que se debateu coa comunidade escolar e que se foi adaptando ás novas circunstancias. En liñas xerais estanse a facer as cousas ben tendo en conta as dificultades dun momento no que, como se ten dito, o risco cero non existe e todos temos que ir aprendendo sobre a marcha e cando digo todos digo pais e nais, profesorado e persoal administrativos dos centros. O profesorado, de feito, xa se está a ampliar con profesores de reforzo e está anunciado un incremento dun milleiro de persoas. Pódese pensar que poden ser máis ou menos, pero a realidade é que se están a facer esforzos. E reitero que é un momento de responsabilidade para todos, no peor da pandemia houbo moitos profesionais, públicos e privados, que fixeron un esforzo para adaptarse á nova situación e a educación pública tamén ten que decatarse de que esta situación é sobrevida e inevitábel. Os efectos serían dramáticos de perderse o ano escolar. - Na sanidade e na política social hai unha enorme crise que afecta os centros de maiores.Coido que a sanidade pública foi capaz de dar unha magnífica resposta a esa crise da Covid-19 e, polo tanto, en liñas xerais o seu persoal está a actuar dunha maneira responsábel e exemplar. En canto a servizos sociais tamén se actúa e, á parte dos protocolos repartidos por todos os centros, cando xorde un problema nunha residencia específica, na que entra o virus e se dá un contaxio xeral estase a intervir. E nun plano inmediato, xa se ten anunciado que no inicio da lexislatura se vai repensar a relación entre os servizos sociais e as residencias co sistema sanitario público, para resolver disfuncións apreciadas no inicio da pandemia. - Ana Pontón criticou que haxa unha Presidencia e dúas Vicepresidencias dirixidas por homes e di que iso manifesta que non se lle dá importancia á paridade.Evidentemente, o Goberno resposta e cumpre a Lei de Paridade, aprobada cando gobernaba o BNG, e hai consellarías cunha transcendencia fundamental que están dirixidas por mulleres, como é a de Política Social, pero tamén se criticou a súa continuidade. As mulleres e o homes que están en cada unha das consellarías están polo seu propio mérito e polas súas propias capacidades para xestionar as áreas que teñen atribuídas. |
NOS_39984 | Convocadas na Coruña, Lugo e Compostela as concentracións amosaron o rexeitamento á operación militar 'Bordo Protector' que deixa máis dun cento de mortes en Gaza. | Convocadas por Mar de Lumes e colectivos como BDS-Galiza mais en réxime de auto-convocatoria no serán desta sexta feira decorreron senllas concentracións de solidariedade con Palestina na Coruña, Lugo e Compostela. Centos de persoas demandaron o cesamento dos ataques de Israel contra a Faixa de Gaza e os territorios ocupados ao tempo que exixiron a fin do "xenocidio" contra o pobo palestiniano. Após tres días de ofensiva militar e da ameaza permanente dunha posíbel intervención terrestre, suman xa un cento as persoas mortas, a maior parte delas civís e crianzas. Polas redes sociais corren vídeos e fotografías que recollen a brutalidade dos ataques e as consecuencias dos bombardeos aéreos que deixan, aliás de numerosas vítimas, importantes destrozos materiais e en infraestruturas. As Nacións Unidas alertan dos prexuízos da operación 'Bordo Protector' e chaman ao cesamento do fogo mais, até o momento, non adoptou medida algunha de presión contra Israel e mantén a súa condena ao lanzamento de mísis desde o territorio gazatí que, no entanto, non ocasionaron vítimas. |
NOS_15206 | A sensación de traizón no acordo do Brexit, e un funeral político en tempos de pandemia como detonante, están a provocar "a peor violencia en anos" en Irlanda do Norte. Os lealistas –a versión máis radical do unionismo desde os Troubles– encirrou a mocidade a uns disturbios aos que desde a cuarta feira tamén se uniron polo bando republicano. | Hai cen anos Irlanda independizábase do Reino Unido. Hai cen anos partíase Irlanda. Seis dos nove condados da provincia do Ulster non se unían ao acabado de nacer Estado Irlandés Libre ─precedente da actual República de Irlanda─ e mantíñanse como territorio baixo soberanía británica. Territorio que acollía e acolle cidadáns partidarios desa configuración ─chamados na altura indistintamente unionistas e lealistas─ e cidadáns partidarios da unidade irlandesa ─os nacionalistas ou republicanos─. O enfrontamento entre esas dúas comunidades ─a primeira maioritariamente protestante, a segunda maioritariamente católica─ foi constante durante este tempo, mais intensificouse de maneira dramática a partir da década de 1960. A campaña para acabar coa discriminación contra a minoría nacionalista irlandesa polo Goberno unionista de Irlanda do Norte foi fortemente reprimida. Era o comezo do que eufemisticamente se deu en chamar "The Troubles" ("Os problemas"). O Reino Unido despregou o Exército e construíronse os "muros da paz" para separar as veciñanzas "católicas" e as "protestantes" en cidades como Belfast ou Derry. Un deses "muros da paz", o situado no oeste de Belfast, é o principal escenario da batalla que se está a vivir na última semana entre membros das dúas comunidades, a maioría mozos e menores. Os disturbios, que comezaron hai unha semana nos barrios protestantes de varias cidades coa mira posta no Servizo de Policía de Irlanda do Norte (PSNI, nas siglas en inglés), tornáronse sectarios como a finais do século pasado. O Acordo de paz de Venres Santo (1998) fechou unha fonda ferida dunhas 3.600 mortes. Dúas décadas despois dun lento cicatrizar, volve supurar tras o Brexit arrincar a incipiente carapola. Mozos, carne de canón Na noite da quinta á sexta feira, o PSNI sacou ás rúas camións con canóns de auga, usados contra os concentrados na zona nacionalista da avenida Springfield, que une as dúas comunidades. Houbo lanzamento de bombas incendiarias, ladrillos e foguetes caseiros contra os axentes e tamén entre bandos a un e outro lado do muro, informou o Belfast Telegraph. Na véspera, un fotógrafo deste xornal historicamente unionista foi atacado e un bus secuestrado e incendiado. Máis de 70 membros do PSNI resultaron feridos no transcurso do que cualificaron "a peor violencia en anos". As autoridades cren que detrás están grupos paramilitares ilegais que incitan a xente nova a participar nos disturbios, recolleu a BBC. "Cada vez hai máis probas de que veteranos dirixentes en organizacións como a Asociación en Defensa do Ulster (UDA) e a Forza Voluntaria do Ulster (UVF) están permitindo que se produzan os altercados", apuntou a radiotelevisión pública británica citando fontes policiais. Esta especie de vinganza viría como resposta a unha serie de recentes operativos na localidade protestante de Carrickfergus. Fronteiras duras Porén, o Consello de Comunidades de Lealistas (LCC) ─organización que representa a UDA, a UVF e o Comando Man Vermella (RHC)─ emitiu onte un comunicado, recollido por The Irish Times, onde negan calquera vinculación "nin directa nin indirecta" cos disturbios. E salientan o "espectacular fallo colectivo" para entender a carraxe unionista en Irlanda do Norte. Esa carraxe nace do que consideran traizón por parte do Goberno británico na negociación do Brexit. Exixen unha renegociación do Protocolo para Irlanda do Norte e que se cumpra coa promesa de que "non houbese unha fronteira dura entre Irlanda do Norte e o resto do Reino Unido, nin fronteira dura nesta illa". O LCC xa anunciara o pasado 4 de marzo que retiraba o seu apoio ao Acordo de Venres Santo co fin de presionar neste sentido. Nas complicadas negociacións para a saída da UE acordouse que non houbese unha 'fronteira dura' entre Irlanda do Norte ─territorio legalmente británico─ e a República de Irlanda ─Estado soberano da UE─. Isto significa que, Irlanda do Norte seguirá a facer parte do mercado comunitario no que ao comercio de bens se refire. Polo tanto, os produtos que chegan desde Gran Bretaña a través do mar de Irlanda (dentro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte) teñen que superar os procedementos de importación estabelecidos pola UE, en especial a respecto de cuestións sanitarias. Londres acusa a Bruxelas de mirar máis polos intereses dos norteirlandeses que miran cara a Dublín que polos que o fan cara a Londres. Ademais, o Goberno de Boris Johnson sinalou a UE como culpábel de enervar aínda máis os ánimos dos unionistas cando a principios de ano estivo a piques de anular o Protocolo implantando controis para a entrada de vacinas en Irlanda do Norte. Abandono político Na práctica, os norteirlandeses perciben en certos aspectos que son foráneos no seu país. É dicir, doe especialmente entre os unionistas ser considerados cidadáns de segunda no Reino Unido, unha moeda de troco. Abandono político que senten desde Londres, máis aínda cando as previsións demográficas apuntan a que en poucos anos ─se non xa─ a comunidade católica será maioritaria. Cómpre lembrar que o Acordo de Venres Santo estabelece que o Goberno do Reino Unido pode convocar un referendo de reunificación irlandesa se considera que hai unha maioría da poboación da rexión que desexa abandonar a Unión e unirse á República de Irlanda. O detonante: un funeral impune O Goberno conxunto ─e obrigado─ de Irlanda do Norte, e os primeiros ministros de Irlanda e do Reino Unido ─depositarios do Acordo de Venres Santo─ fixeron chamamentos á calma. Tamén desde o Goberno dos EUA díxose que a paz non pode ser "unha vítima" do Brexit. O Partido Unionista Democrático (DUP), no Goberno norteirlandés, vinculou os disturbios coa decisión das autoridades de non presentar cargos contra os membros do Sinn Féin ─a outra póla do Executivo─ nin contra ningún dos 2.000 participantes no funeral do republicano ─e ex membro do IRA─ Bobby Storey, saltándose as restricións contra a Covid. Entre os asistentes estaba a viceprimeira ministra, a nacionalista Michelle O'Neill. A presidenta do Sinn Féin, Mary Lou McDonald, advertiu onte de que se venta unha fin de semana "moi difícil", ante a posibilidade de que a violencia se estenda pola provincia. |
NOS_43781 | Naceu como novela en 1937 e foi levada ao cinema por Peter Jackson. Após a primeira entrega, Unha viaxe inesperada, chega esta segunda parte cuxo prato forte é, sen dúbida, o dragón Smaug. A terceira entrega estrearase en decembro. | Título orixinal: The Hobbit: The Desolation of Smaug Ano: 2013Duración: 161 min. País: Estados Unidos Director: Peter Jackson Guión: Peter Jackson, Philippa Boyens, Fran Walsh, Guillermo del Toro Fotografía: Andrew Lesnie Música: Howard Shore Reparto: Martin Freeman, Ian McKellen, Richard Armitage, Aidan Turner, James Nesbitt, Luke Evans, Stephen Fry, Ryan Cage, Orlando Bloom, Evangeline Lilly, Ken Scott, Stephen Hunter, Benedict Cumberbatch SINOPSE Gandalf, Bilbo Bolsón e os 13 ananos, liderados por Thorin Escudo de Carballo, continúan a súa andaina pola Terra Media para recuperar o reino anano de Erebor. Para iso teñen que chegar ata a Montaña Solitaria onde o cruel dragón Smaug custodia un extraordinario tesouro. CRÍTICA Desde a súa estrea a mediados de decembro, por unha cousa ou outra, estiven pospoñendo ver a segunda parte de "O Hobbit" todo o que puiden buscando calquera escusa que se me puxera por diante. En parte pola decepcionante primeira parte e tamén porque na miña cabeciña seguía resoando unha e outra vez, a modo de mantra: "un libro de 300 páxinas vai ter 3 películas de case 3 horas cada unha". Iso é algo difícil de crer a verdade. Pero ao final caín. Vina porque me presta moito Tolkien e, aínda que os sentidos me dicían o contrario, non podía pasar a oportunidade de ver algo relacionado co seu mundo en pantalla grande. Nesta triloxía cinematográfica sobre o (único) libro de "O Hobbit" hai moito de inventado e moito de alongamento. Desde a primeira película xa recibira o sobrenome de filme "goma de mascar". A idea de achegarse a unha obra tan magna e ben feita coma a de "O señor dos aneis", unha das mellores adaptacións de novela á gran pantalla da historia, ten moito de arriscado aínda que na produción e no guión teñamos ao mesmo director e ao mesmo equipo técnico. Apuntaron demasiado alto. E máis se houbo presións dende a produtora para sacar tres películas en lugar das dúas que se tiña pensado ao principio. Con dous películas igual houbera funcionado ben pero é que estamos falando de unha película por cada 100 follas de novela!! Iso non é posible. Hai que inventar. E aínda que se teña ao mesmísimo Guillermo del Toro para tentar aportar parte da súa desbordante fantasía para encher os ocos que non sae no libro de Tolkien, o inventado non gusta a todo o mundo. E menos aos máis puristas. A primeira parte non había por onde collela: era lenta, con repetición de esquemas e persecucións calcadas unhas as outras. Só se salvaba un pouco o pasaxe da aparición de Gollum. Nesta segunda parte continúan as persecucións e fuxidas, nun máis difícil aínda, salvándose sempre in extremis; e hai que engadirlle uns discursos grandilocuentes con música de fanfarra in crescendo unha e outra vez, movementos de cámara idénticos que se repiten ata a saciedade, escenas case cravadas a algunha de "King Kong" (do propio Peter Jackson) e incluso unha certa tensión sexual non resolta entre distintas razas, a priori, incompatibles... (sen comentarios). A música tende a ser tamén repetitiva e pretenciosa e grandilocuente. Neste senso se salva a achega que fai Ed Sheeran, artista británico descuberto en youtube, coa canción "I see fire" que sae nos títulos de crédito do final. E non toco o tema dos actores, que creo que é mellor non falar (qué Bilbo Bolsón máis eslamiado por favor!). Con todo e tras enumerar tantas pegas, fallos e prexuízos tolkinianos do tipo "no libro non era así", hai que recoñecerlle o mérito de que a película funciona. Pero funciona se nos abstraemos do mundo de Tolkien e nos deixamos levar polo mundo Peter Jackson/Guillermo del Toro. Hai acción, aventura, unha trama interesante e por riba... sae Smaug! O dragón é sen dúbida o punto forte do filme. A película perde estrepitosamente se a comparamos coa triloxía de "O señor dos aneis", pero en "A desolación de Smaug" hai unha certa recuperación narrativa digna de agradecer que polo menos evitará esas cabezadas que provocaba a primeira. Tamén deixa un final aberto que nos invita a desexar que se estree xa a terceira parte. Tras este lavado de cara e posta a punto a cousa empeza a prometer e tomar forma, pero xa veremos a ver... A terceira parte, como xa apuntaramos nas estreas máis esperadas do 2014, estrearase en decembro. |
NOS_48095 | No fútbol hai ocasións onde o reparto de puntos é sinónimo de sorrisos e satisfacción, pero esta non é unha delas, pois o Celta asinou táboas (0-0) co Cádiz nun choque que puido decidir unha pena máxima que marrou a piques do final. Pero as do Lugo son aínda máis dolorosas, pois ía por diante no marcador e deixouse empatar a piques do asubío final. | O fútbol galego está dolorosamente afeito a perder cousas no último minuto; tamén desde os 11 metros. Que llo pregunten á parroquia deportivista, que nunca esquecerá aquel penalti lanzado por Miroslav Djukić o 14 de maio de 1994. Os erros desta xornada non tiveron esa transcendencia, pero sempre resulta molesto deixar escapar dous puntos nos intres finais dun partido, infortunio que sufriron tanto Celta como Club Deportivo Lugo. Os celestes protagonizaron unha gris actuación no Nuevo Mirindilla (0-0), estadio do Cádiz do coruñés Lúcas Pérez, o que non foi óbice para que tivesen as súas opcións para volver a Vigo con tres puntos que poderían resultar fundamentais na loita por Europa. A mellor foi o penalti malogrado por Santi Mina no minuto 84, cinco despois da substitución do lanzador habitual -Iago Aspas-, noutra reminiscencia a aquel penalti lanzado polo central serbio en 1994 logo do relevo do especialista branquiazul, Donato. Ademais, o dianteiro brasileiro Thiago Galhardo, que aínda non marcou nin un só gol na Liga, fallou un man a man contra o porteiro Ledesma no último segundo. Pero máis dolorosa se caben foron as táboas do Club Deportivo Lugo ante a Sociedade Deportiva Amorebieta (1-1). Os albivermellos adiantáronse no electrónico no primeiro tempo da man do seu eterno capitán, Carlos Pita, quen aos 37 anos aproveitou do mellor modo posíbel a súa quinta titularidade esta campaña. Loxicamente, desde ese momento os vascos asumiron o peso do partido e comezaron a axexar a meta defendida por Óscar Whalley, que foi quen de conter as acometidas rivais até exactamente o último segundo, cando Javi Rosa marcou desde a frontal un golazo imparábel para o hispano-británico. Segunda derrota consecutiva do Deportivo Peor sorte, pois non sumou nin un só punto por segundo partido consecutivo, correu ante a SD Logroñés (1-0) un Dépor inmerso no peor momento da tempada, exactamente o contrario que un Celta B en estado de graza que sumou a súa terceira vitoria seguida a costa do Raio Maxadahonda (3-1). Pola súa banda, o Rácing de Ferrol completou a participación galega na categoría de bronce co seu primeiro triunfo no 2022, superando tamén por 3-1 un Tudelano que, con só 11 puntos, cheira a podre. |
NOS_41300 | Menos de 3.000 persoas acumulan unha riqueza que xa equivale a 13,9% do PIB mundial, o triplo que no ano 2000. | Oxfam Intermón vén de denunciar que, nos dous anos de pandemia da Covid-19, apareceron no mundo até 573 novos milmillonarios, o que supón un novo milmillonario cada 30 horas. Así se recolle no informe 'Beneficiarse do sufrimento', publicado con motivo da reunión do Foro Económico Mundial que decorre estes días na cidade suíza de Davos. 2.668 persoas acaparan 13,9% do PIB mundial Desde a ONG advirten que a riqueza total que actualmente acumulan estes milmillonarios de todo o mundo —concretamente 2668 persoas— equivale xa a 13,9% do PIB mundial, unha contía que se triplicou desde o ano 2000, cando supuña só 4,4%. Efectos da Covid: máis riqueza para unha elite e incremento da fenda social "As fortunas destes milmillonarios non creceron tanto e tan rápido en tan pouco tempo porque agora traballen máis duro ou sexan máis produtivos", apuntou Macías, para precisar que "controlan e invisten en corporacións que se aproveitaron do seu crecente poder de mercado e da desregulación, en moitos casos vulnerando dereitos das persoas traballadoras mentres algúns ocultan o seu diñeiro en paraísos fiscais". Todo iso "coa complicidade dos Gobernos", subliñou. As fortunas españolas medran a un ritmo de case sete millóns de euros ao día A organización apuntou que o número de milmillonarios españois da lista Forbes tamén aumentou desde o inicio da pandemia. En concreto, hai catro novos milmillonarios, mentres a riqueza dos que xa o eran antes da pandemia creceu a un ritmo de 6,8 millóns de euros ao día. Pandemia e guerra, "período de bonanza" "Para os milmillonarios, a pandemia, así como o conflito en Ucraína e o espectacular aumento dos prezos dos alimentos e da enerxía, están a supor un período de bonanza. E esta realidade contrasta cun claro retroceso nos logros das últimas décadas na loita contra a pobreza extrema a nivel global", explicou Iñigo Macías, responsábel de investigacións de Oxfam Intermón. Dous de cada dez habitantes da Galiza están en risco de pobreza ou exclusión social Este novo estudo de Oxfam Intermón tamén revela que a nivel global as empresas dos sectores enerxético, alimentario e farmacéutico —que, segundo advertiu, son sectores dominados "por un puñado de empresas con moita concentración de poder"—, están a lograr "beneficios sen precedentes, a pesar de que os salarios das persoas traballadoras apenas aumentaron e teñen que facer fronte ao maior repunte de prezos en décadas, en plena pandemia da Covid-19". A outra realidade: cada segundo hai oito persoas máis en risco de pobreza extrema Neste documento, segundo indicou a entidade, tamén se expón o lado oposto desta crise sanitaria: as previsións apuntan que, a finais deste ano, uns 263 millóns de persoas máis poderían verse sumidas na pobreza extrema, isto é, máis de 990.000 persoas cada 30 horas —oito persoas cada segundo—. Só 14% das persoas en situación de "pobreza severa" percibe o Ingreso Mínimo Vital Para Macías é "inconcibíbel que haxa persoas que se beneficien da dor e sufrimento alleos". "Algunhas se fixeron ricas á conta de negar un acceso universal ás vacinas en todos os países e outras, ao aproveitarse do aumento dos prezos dos alimentos e da enerxía", apuntou. Do mesmo modo, denunciou que "as grandes empresas distribúen xenerosos bonus e dividendos mentres reducen a súa contribución fiscal todo o posíbel". "Este aumento da riqueza e da pobreza en paralelo son dúas caras dunha mesma moeda", concluíu. |
PRAZA_9518 | Apenas 388.000 persoas de entre 18 e 34 anos poderán votar en Galicia nas eleccións xerais de abril. En apenas década e media a mocidade deixou de ser o grupo electoral máis numeroso ata tornar no menos relevante no conxunto do electorado galego | Nas eleccións xerais do 28 de abril, convocadas oficialmente este martes, poderán participar 58.093 persoas nas catro circunscricións galegas que aínda non tiñan dereito a voto nos anteriores comicios para renovar o Congreso e o Senado, celebrados en xuño de 2016, por seren aínda menores de idade. Son case 60.000 novos votos de mozas e mozos que non impiden, nin de lonxe, que o peso electoral da mocidade galega siga a descender ata outro mínimo histórico nestes comicios.En apenas década e media a mocidade deixou de ser o grupo electoral máis numeroso ata tornar no menos relevante no conxunto do electorado galegoCadrando co inicio do período electoral xa son públicos os principais datos do censo destes comicios. E, no caso galego, volven reflectir outra volta a crise demográfica do país: o número total de persoas residentes en Galicia con dereito a voto volve descender en consonancia coa perda de poboación e o peso do voto xuvenil afonda no seu devalo. Así, apenas 388.000 persoas de entre 18 e 34 anos poderán votar en Galicia no 28-A, un 7% menos que nas últimas eleccións celebradas en Galicia, as galegas de 2016, e case un 40% menos que a comezos de século. Mostra evidente da perda de peso do voto xuvenil no país é que, atendendo aos datos da Oficina do Censo Electoral, a poboación de entre 18 e 34 anos deixou de ser o grupo electoral máis numeroso en 2005 e poucos anos despois era xa o de menor relevancia numérica.A poboación maior de 65 anos afianza a súa posición como grupo de idade con máis peso electoral en GaliciaComo amosa o gráfico sobre estas liñas, mentres o peso electoral da mocidade descendía pronunciadamente o da poboación maior de 65 anos non deixaba de subir. Desta volta serán máis de 685.000 persoas que xa superaron este limiar as que teñan dereito ao voto -sen contar o censo exterior-, un 3% máis que nas xerais de 2016. Tamén volve aumentar o electoral de entre 50 e 64 anos, mentres que tamén descende o de entre 35 e 49 anos.Esta evolución do censo galego debuxa unha pirámide de poboación cuxa base ascende cada vez máis. Por grupos quinquenais de idade, a franxa máis numerosa é xa a da poboación de 40 a 44 anos e destaca xa tamén o peso das persoas maiores de 85, moi especialmente das mulleres desta idade. Mentres, a pirámide está xa claramente invertida entre a mocidade.Dada a cada vez maior preponderancia do electorado de idade máis elevada sobre a mocidade, cada vez con menos relevancia electoral, as diferentes formacións políticas terán que modular as súas mensaxes galegas atendendo a estas variables. E tendo en conta ademais que o comportamento electoral é dispar entre as franxas de idade. Ou, cando menos, iso é o que din os inquéritos de recordo de voto.Os inquéritos de recordo de voto máis recentes indican que en Galicia o dominio do PP é esmagador na poboación maior de 55 anosNo caso de Galicia as enquisas públicas máis recentes a este respecto son as elaboradas polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) despois das eleccións galegas. Nos tres últimos comicios ao Parlamento (2009, 2012 e 2016) as respostas do electorado indican que o PP foi o partido máis apoiado na maior parte das franxas de idade. Non obstante, mentres que entre o electorado máis mozo está próximo e mesmo nalgunha ocasión foi superado por candidaturas de esquerda, entre a poboación maior de 55 anos o seu dominio é esmagador. |
PRAZA_10203 | Este venres pola noite ten lugar A noite das homenaxes, na que se entregan os principais premios do festival, que recollerán Carlos Blanco Nieves Rodríguez, Pilar Comesaña, Paz Acuña e Rafa González, ademais de celebrarse os concertos de The Legendary Tigerman e Marlango | A 16ª edición do Festival de Cans botou a andar este mércores co xa tradicional Día dos Veciños, a xornada dedicada á xente da parroquia que dende hai 16 anos acolle todos os anos esta cita. Este xoves foi o momento da esperada estrea de Eroski Paraíso, a adaptación cinematográfica da obra de Chévere, e do concurso de videoclips. Jorge Coira, Pepe Coira e Gaspar Broullón amosarán as primeiras imaxes do documental sobre Xosé Manuel Beiras, Vivir dúas vecesE este venres chegará o primeiro día grande do festival, marcado pola Noite das Homenaxes, os concertos de The Legendary Tigerman e Marlango e unha amplísima programación, na que destaca o coloquio sobre o 20 aniversario da serie Mareas Vivas. Ademais, ducias de proxeccións e presentacións, coma as dos novos proxectos de Álvaro Gago, Paula Cons, Diana Toucedo e Víctor Duplá; ou a de Vivir dúas veces, o documental que preparan Jorge Coira, Pepe Coira e Gaspar Broullón sobre Xose Manuel Beiras, que tamén estará no Baixo de Moncho ás 16.30 horas.No coloquio "Vinte anos de Mareas Vivas" participarán Víctor Mosqueira, Camila Bossa, Miguel de Lira e Isabel BlancoO sábado será o día que reúna máis xente en Cans, pero a actividade este venres comezará xa pola mañá, cun coloquio co director alemán Hannes Stöhr e outro, titulado "Vinte anos de Mareas Vivas" no que participarán Víctor Mosqueira, Camila Bossa, Miguel de Lira e Isabel Blanco.Así mesmo, inaugurarase a exposición das viñetas máis cinematográficas de "O Bichero" do debuxante Luis Davila. E tamén se iniciarán as actividades de MiniCans, a programación infantil do Festival, co obradoiro "Da imaxinación á pantalla" no que a rapazada realizará curtametraxes con efectos especiais sinxelos.Antes do mediodía a sección "A que Andas?" amosará os futuros filmes (aínda guións) deÁ lvaro Gago (Algo parecido á felicidade), Andrés Goteira (STARMUCKS. A pequena variación), Chelo Loureiro e Lúa Testa (Valentina), Víctor Duplá e Diana Toucedo (A leituga) e o director catalán Juanjo Giménez (Tres).Carlos Blanco Nieves Rodríguez, Pilar Comesaña, Paz Acuña e Rafa González recibirán os seus premios na Noite das HomenaxesDespois do xantar, "Fillos e fillas de Cans" será o lugar escollido para que varios e varias cineastas presenten os novos proxectos nos que están traballando, deixando mesmo ver uns minutos inéditos das súas futuras pezas. Alí estarán Jorge Coira, Pepe Coira e Gaspar Broullón (Vivir dúas veces), Paula Cons (El Santa Isabel), Liliana Torres (¿Qué hicimos mal?), Fon Cortizo (9 Fugas), Roi Fernández (Ursúas) e Hannes Stöhr (No bosque).Xa pola noite chegará a desfile de chimpíns das 22 horas acompañado da música da Treboada da Muimenta e os concertos de Marlango e The Legendary Tigerman. E, sobre todo, a entrega de premios: Carlos Blanco recibirá o Premio Pedigree'19; Nieves Rodríguez, Paz Acuña e Rafa González os Chimpíns de Prata "Pepe Puime" e Pilar Comesaña o novo Chimpín de prata "Divina Campos". Esta Noite das homenaxes tamén acollerá a estrea de Quince primaveras, o making of feito pola realizadora Isaura Docampo sobre a edición do Festival de Cans de 2018. |
NOS_47076 | O último disco lanzado por David Bowie serve de inspiración para unha serie de pequenos vídeos producidos para o Instagram. | Blackstar é o título do derradeiro disco na carreira dun cantante que a revista Rolling Stone situou no posto 39 dos cen artistas de rock máis importantes de todos os tempos e no número 23 dos mellores cantantes. O disco saíu á venda o 8 de xaneiro, dous días antes da morte de Bowie, o pasado día 10 de xaneiro e xa daquela podiamos ver un videoclipe que presentaba un David Bowie fráxil que convulsiona na cama dun hospital e que foi interpretado como unha especie de sinal que anunciaba que o cantante estaba a facer unha especie de despedida ("olla aquí, eu estou no ceo", di no vídeo). InstaMiniSeries é un canal que produce pequenos vídeos. Nesta ocasión serán dezaseis mini producións as que contarán con interpretacións visuais do álbum de Bowie. As curtas están protagonizadas por Tavi Gevinson e Patricia Clarkson e comezaron a se emitir na pasada quinta feira día 25. A serie titúlase Unbounnd e, nun comunicado, o canal afirma que Bowie concordou coa realización da serie sen impor límites nin condicións previas e que lle deu acceso á música antes do lanzamento do disco. A idea, di o InstaMiniSeries, é "levar o público a unha viaxe de imaxes evocativas inspiradas polos humores suxeridos nas músicas, letras e arte do álbum" |
NOS_19026 | Os actos contra a cimeira da OTAN a celebrar a vindeira fin de semana en Madrid tiveron hoxe parada en Compostela. A Plataforma galega contra OAN organiza esta maña unha xornada de debate arredor da Alianza. As entidades integrantes do colectivo remataron o acto chamando a participar nunha grande mobilización o próximo 26 de xuño na capital do Estado. | A cimeira galega contra a OTAN arrancou ás 9:30 cun relatorio de Duarte Correa. Historiador, analista internacional e colaborador de Nós Diario, repasou ao longo da súa intervención a historia da Alianza Atlántica A continuación interveu o analista internacional e colaborador deste xornal, Alberte Blanco. Blanco significou que " a cimeira de Madrid estaba pensada para tratar o axuste da estrutura occidental de seguridade ás peculiaridades da rexión do Indo-Pacífico, co ascenso chinés, a través dunha fórmula de colaboración OTAN-AUKUS por ser de grande interese para Estados Unidos e o mundo anglo-norteamericano". Rusia Blanco indicou que "o conflito de Ucraína é, sen ningún xénero de dúbida, un enfrontamento entre Rusia e a OTAN a través do que se coñece como unha guerra subsidiaria, onde Ucraína é un chibo expiatorio pero non inocente". A intervención de Blanco foi seguida dun relatorio presentado por Ramón Grosfoguel. Grosfoguel, profesor da Universidade de Berkeley en California, una das referencias teóricas da corrente da decolonial a nivel mundial e, tamén, colaborador, de Nós Diario centrouse nas consecuencias dunha escalada militar a nivel mundial. O acto central desta xornada decorreu ás 12 da maña coa lectura do manifesto "Galiza contra a OTAN". O texto, lido pola secretaria de organización da CIG, Susana Méndez, e o voceiro de Mar de Lumes, Oscar Valadares, denuncia o carácter imperialista e agresivo da Alianza, o entusiasmo da Unión Europea na sinatura de pactos militares expansionistas e os tratados de libre comercio metidos pola forza entre os acordos militares". O manifesto O manifesto lembra que "após 73 anos do nacemento da OTAN e coa URSS e o bloque soviético desaparecidos" a Alianza "aquela pretendida forza de autodefesa, responsábel por 70% do gasto militar global e cun orzamento de máis de 2% do PIB mundial, continúa a protagonizar unha das maiores xeiras de violencia da historia da humanidade". O texto, acordado pola totalidade das entidades da plataforma, denuncia a falacia da autodefensa e o rol estritamente imperialista e agresivo da OTAN" e defende a "súa disolución e a non participación do estado español en calquera plataforma destas características". A Plataforma galega contra OTAN, formada por máis de 30 organización políticas sociais e sindicais, entre as que se atopan BNG, FPG, PCRG, CIG, ADEGA, Fruga ou a Marcha Mundial das Mulleres, fixo un chamado "a tomar parte na columna galega que o vindeiro domingo 26 de xuño, participará na mobilización convocada en Madrid en rexeitamento á OTAN" e lembrou que se fretarán autobuses desde Galiza para acudir a protesta. |
PRAZA_11862 | A "liberdade para a historia" de Pierre Nora en España sería, pois, reivindicar a liberdades de investigación e expresión para ós investigadores da represión franquista, así como para ó xuíz Garzón, que procura como na posguerra alemá ou francesa o dereito á xustiza, á verdade histórica e á reparación das vítimas do fascismo español. | Nun recente artigo (El País, 21/1/2012), o historiador inglés Timothy Garton Ash equipara torpemente a liberdade de información na Rede coas demandas politicamente orientadas da asociación Liberté pour l'histoire, creada en 2005 por Pierre Nora para combater -desde unha concepción positivista do oficio de historiador- as lois mémorielles promulgadas polo poder lexislativo en Francia desde 1990. A lei que penaliza a negación do xenocidio armenio (1915), perpetrado polo Estado turco, vén de ser ratificada mesmamente o pasado 23 de xaneiro no Senado francés A liberdade ten que ser certamente universal, máis aínda nun século en que se superpoñen de xeito contraditorio diversas globalizacións: valores / mercados, por exemplo. Polo que o historiador non debería ficar na pura forma (global) do fenómeno senón afinar en contidos e contextos, desiguais e cambiantes: non todo o que devén universal está resultando positivo para as liberdades no mundo de hoxe. Namentres a liberdade de información en Internet, que fixo posible Wikipedia e Wikileaks, beneficia a unha inmensa maioría. A citada "liberdade para a historia" dos historiadores franceses (na patria de Marc Bloch, profesor resistente fusilado polos nazis en 1944 e fundador da escola historiográfica de Annales), favorece máis ben a unha minoría de extrema dereita que poderá así cuestionar libremente a realidade histórica do Holocausto nazi, do xenocidio armenio e da escravitude como crime de lesa humanidade (lei memorial de 2001). Deputados e senadores lexislaron tamén, en 2005, a prol dunha ensinanza da historia de Francia que salientase os "aspectos positivos" de la colonización de Alxeria. Historiadores franceses se opuxeron a esta lei memorial por estar en desacordo con seu contido, na súa maior parte non están na asociación de Nora, que utiliza a orientación negativa desta lei memorial pro-colonial para xustificar a súa oposición, co argumento corporativo de que soamente os historiadores académicos estamos capacitados para escribir a historia, as tres leis memoriais restantes, que tiveron o voto favorable dos partidos representados no Parlamento menos o Front National de Le Pen. Como historiadores somos contrarios á calquera norma legal que coarte a liberdade de expresión e de investigación histórica. Tiña razón Voltaire cando dixo: "Eu non estou de acordo co que vostede di, pero loitaría para que vostede puidera dicilo"; fixémolo moitos no tardo franquismo e na transición. Pero a frase hai que contextualizala para poder aplicala en rigor, con sentido histórico e político. Si o noso interlocutor, polo que loitariamos arreo para que gozase a conta nosa de liberdade de expresión, é un neonazi, un neofascista ou un neofranquista adaptado á legalidade democrática, qué facemos ? Pois mirar con quen se anda para que non nos pase como a Luciano Varela, que está arruinando a súa imaxe e carreira xudicial por aliarse coa extrema dereita contra Garzón. O historiador tamén ten que facerse responsable das consecuencias das súas interpretacións e posicións historiográficas e políticas, como calquera outro profesional ou cidadán, máis aínda os somos profesores e funcionarios. O contexto francés sobre historia, memoria e liberdade é ben distinto, incluso oposto, ó contexto español. Diferenzas profundas que non teñen en conta os colegas que están tentando traspoñer a España o que está a dicir Pierre Nora afrontando historia (académica) con memoria (política), desde una postura tradicional que xa exhibía en 1974 propugnando contracorrente (hoxe é diferente, Annales non existe) en Faire l'histoire o retorno positivista do acontecemento. Hai dous modelos de memoria histórica: o alemán e o latino (ver "Historia de la memoria, memoria de la historia", http://youtu.be/1z95dGj3F3E). O primeiro naceu en Nuremberg (1945) cos xuízos políticos contra os responsables nazis do Holocausto e as leis posteriores penalizado o negacionismo. O segundo naceu en Bos Aires (1975) co movemento social das Abuelas de la Plaza de Mayo, familiares de desaparecidos e amigos da memoria histórica que lograron, catro décadas despois dunha actividade sen tregua, un importante apoio legal e político co Goberno actual, sen leis punitivas que coarten a liberdade de expresión dos defensores de Videla, naturalmente. Os que queden, porque moitos deles están presos ou pendentes de proceso, igual que na Alemaña da posguerra aínda que en Arxentina a imputación dos xenocidas respondeu máis á presión da sociedade civil que á iniciativa estatal. Francia segue coas súas leis memoriais, promulgadas polo Estado, o modelo alemán. España segue claramente o modelo arxentino. Calquera cidadán ou historiador pode entre nós negar o Holocausto, o xenocidio armenio ou xustificar a escravitude "como unha consecuencia de estrutura socio-económica da época", sen medo a seren denunciados ante un tribunal. A Lei de Memoria Histórica de 2007 non condiciona a "sagrada" liberdade de expresión dos historiadores (non académicos, por fortuna) que xustifican, desde unha peculiar interpretación histórica, o golpe militar de 1936 e a ditadura franquista (con abondo soporte político e xudicial, por desgracia). O movemento social e académico, volteriano e democrático, pola memoria histórica tampouco está a defender que se lle tape a boca coa lei na man ós nostálxicos dun franquismo que foi quen de eliminar e perseguir, entre 1936 e 1977, a sangue e fogo toda oposición política, académica ou cultural en España. En conclusión, que os únicos que no temos completa liberdade para investigar en España a ditadura franquista somos os historiadores. En 2007 tivemos que facer unha campaña nacional e internacional a favor de Dionisio Pereira, membro do equipo das tres universidades galegas que investiga a represión franquista en Galicia, baixo a dirección do meu colega Lourenzo Fernández Prieto. O historiador foi denunciado xudicialmente pola familia de Manuel Gutiérrez Torres, xefe da Falange en Cerdedo no tempo de guerra civil, por aparecer o seu nome como responsable local da represión nas fontes orais que publicou Dionisio nun libro académico sobre la represión en Cerdedo. Logramos que fóra absolto. Desde a transición houbo máis casos de historiadores, e documentalistas históricos, perseguidos en España por investigar a verdade oculta da historia do franquismo e divulgar os seus resultados. Por non falar do proceso que ten lugar nestes días no Tribunal Supremo contra o xuíz Garzón por pretender investigar xudicialmente os crimes de lesa humanidade da ditadura, como se fixo en Francia, desde 1945 ata hoxe, cos colaboracionistas e nazis que tiñan as mans machadas de sangue. A "liberdade para a historia" de Pierre Nora en España sería, pois, reivindicar a liberdades de investigación e expresión para ós investigadores da represión franquista, así como para ó xuíz Garzón, que procura como na posguerra alemá ou francesa o dereito á xustiza, á verdade histórica e á reparación das vítimas do fascismo español. Tamén en Francia hai historiadores que coñecen a historia de España. Bartolomé Bennassar solicitou, o 21 de abril de 2010, a Pierre Nora que a súa asociación Liberté pour l'histoire, cuxo manifesto chamado de Blois subscribira o noso hispanista, apoiara a Garzón: non houbo resposta, ou sexa, non. Tampouco os historiadores españois que seguen a Pierre Nora, asinaron que eu saiba os documentos solidarios de 2007 con Dionisio Pereira nin sosteñen hoxe a Garzón contra os seus inquisidores. Detrás dos nosos desacordos hai, sen dúbida, un problema político que ten que ver coa revisión ou non da historia de transición á democracia en España que está propoñendo -teño para min que xustamente- a memoria histórica. Seméllame lexítimo este debate historiográfico e ideolóxico, así como as diferentes posturas. Non me parece tan lexitimo que se cuestione a memoria histórica como movemento social, e tendencia historiográfica actual, en nome de todos os historiadores, en nome do oficio de historiador, como si este soamente se puidera practicar ó xeito de Ranke, Seignobos e Langlois, e non de Marc Bloch, Lucien Febvre, Pierre Vilar, Eric J. Hobsbwam, E. P. Thompson ou … de Historia a Debate. |
PRAZA_191 | CIG-Ensino denuncia que leva gañadas vinte sentenzas de despedimentos nulos e seis de despedimentos improcedentes do colectivo e nun conflito que segue enquistao. | Un total de 26 sentenzas favorables ao profesorado Celga no conflito que este colectivo mantén coa Xnta, dun total de 52 denuncias interpostas das que aínda quedan por ser ditaminadas. A CIG-Ensino fixo repaso este luns da situación na que se atopan este docentes e dunha situación enquistada desde o 2013, logo de que acudisen aos tribunais para advertir das súas condicións. "De xeito irregular, sen contrato nin Seguridade Social". Así se atoban os docentes, tal e como lembraron tamén o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e Ana Rodiño, responsable de Formación da central. Advertiron así dun conflito entre os profesores do Celga e a Secretaría Xeral de Política Lingüística que, segundo denuncian os afectados, mantíñaos sen relación laboral oficial, sen dereito a baixa por enfermidade ou accidente ou sen dereito a vacacións nin a prestación por desemprego. "Non tiñan ningún dereito laboral recoñecido polo Estatuto dos Traballadores". CIG-Ensino segue a demandar a dimisión do conselleiro e do secretario xeral de Política Lingüística Ante a morea de demandas gañadas, a CIG-Ensino continúa a demandar unha resposta axeitada da Xunta, pero tamén a dimisión do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e máis do conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez por unha "actuación indecente, prepotente e irregular". Foi no curso 2006-07 cando se puxo en marcha a Certificación de Lingua Galega (Celga) a través de cursos ofertados a todo aquel que quixese acreditar o seu coñecemento do idioma cun título que é requisito ou valoración indispensable en numerosos ámbitos. Para levalos a cabo, a Administración contou con docentes desempregados, que impartían as aulas durante dous ou tres meses ao ano. A CIG alertou durante tempo que este colectivo -que incluía máis de 400 titulados- impartía as clases sen contrato de traballo ningún e sen estar dado de alta na Seguridade Social. A denuncia que a central nacionalista interpuxo ante a Inspección de Traballo resolveuse recoñecendo a relación laboral entre a Consellería e este profesorado e dando de alta de oficio con efectos retroactivos nos períodos nos que se impartiran aulas nos catro anos anteriores, ademais de impor unha multa de máis de 200.000 euros á Administración por actuación fraudulenta. A denuncia ante Inspección xa se resolvera recoñecendo a relación laboral coa Xunta e impoñendo unha multa á Consellería Pero ante esta situación e tras a resolución, a Consellería optou por non ofrecer os cursos do Celga ao profesorado en paro, senón que apostou por que sexan docentes en activo de secundaria os que impartan estas aulas como horas extraordinarias, algo que a CIG rexeitou frontalmente. De feito, a propia central pediu a solidariedade co colectivo dos cursos preparatorios do certificado de lingua galega e o rexeitamento desas horas lectivas como extraordinarias. Hai menos dun ano, confirmábase que a Xunta tiña que recorrer a asesores, auxiliares ou docentes de Primaria ante as dificultades para atopar docentes de Secundaria que dese os cursos. E que mesmo Educación tivera que anular algún ante a negativa maioritaria dos profesores en protesta polo despedimento masivo de compañeiros. Tras as sentenzas, o custo do conflito para a Administración "pode superar o millón de euros", segundo a CIG Mentres, o conflito segue nos xulgados. "Temos presentadas 52 demandas e, neste momento, xa conseguimos 20 sentenzas que declaran os despedimentos nulos e 6 que declaran os despedimentos improcedentes. A primeira sentenza é de xuño de 2014 e a última de xaneiro de 2015. Estas sentenzas obrigan a readmitir os e as docentes no posto de traballo e a pagarlles os salarios de trámite polos cursos que lles correspondía impartir no 2014. O custo deste conflito para a Administración, se sumamos as cotizacións e as multas, pode superar o millón de euros", advertiu Louzao. "Nin o secretario xeral nin o conselleiro asumen a súa responsabilidade e continúan cunha actuación impropia, prepotente e contraria aos dereitos laborais máis elementais –denunciou Louzao. Estamos ante un feito que é paradigma de como actúa a Consellaría de Educación. Desenténdese deste profesorado formado e desenténdese de promover o uso e a normalización do noso idioma, destrúe emprego e, no canto de negociar, procede de maneira vingativa e represiva con este persoal por reclamar os seus lexítimos dereitos laborais". |
NOS_15692 | Centos de miles de persoas ateigaron Barcelona para tomar parte no acto a prol da independencia. "Isto non vai de bandeiras, vai de liberdade", manifestaron desde a organización. A afluencia desbordou rúas e prazas da cidade e colapsou liñas de metro e transporte público. Desde ANC fálan de 2 millóns de persoas. A Garda Urbana rebaixa a asistencia en 1,4 millóns. | Por cuarto ano consecutivo centos de miles de persoas tomaron parte na mobilización unitaria impulsada desde a sociedade civil a través de ANC e Òmnium na Diada de Catalunya. Se nas tres ocasións anteriores o 'dereito a decidir' era a palabra de orde, nesta ocasión foi a independencia. Sen tapuxos nin medias tintas. Independencia era o lema berrado polos centos e centos de miles que colapsaron a Meridiana de Barcelona, independencia era a palabra máis vista en camisolas, colantes ou voandeiras e independencia foi o demandado por todos os actores poñlíticos, sociais... que se mergullaron na mobilización da 'Via Lliure'. 'Vía libre cara á República catalá' era a palabra de orde oficial, remarchada polos constantes 'in-de-pende-den-cia' dos milleiros de asistentes. "Benvidos á derradeira Diada da autonomía", dixo Monts Llussá, logopeda e xornalista que presentou o acto principal. "Isto non vai de bandeiras, vai de liberdade", enfatizou contra os que desde o Estado tentan reducir o de Catalunya a unha simple cuestión de fervor identitario. Na mobilización, integrantes de Junts pel Si e da Cup, representantes de movementos sociais, xente do mundo da cultura e do deporte, simples cidadáns da pé... 'In-de-pen-den-cia!' Metro colapsado A afluencia de xente, a maré de persoas que asistiron a esta mobilización foi tal que o metro de Barcelona colpasou. Ao igual que as liñas de telefonía móbil. Había inscritas máis de medio millón de persoas para esta 'Via Lliure', mais o número final de participantes, á espera de cifras oficiais, superou amplamente ese medio millón, segundo todas as estimacións. Jordi Sánchez (ANC) afirmou que ""volvemos facer historia, mañá teremos guerra de cifras, nós nunca as damos, mais quero decir que moitos medios xa falan de dous millóns de persoas nas rúas de Barcelona". Presenza galega Na Mobilización deste 11 de setembro houbo unha nutrida representación galega. Galeg@s emigrados en Catalunya asistiron á mobilización, pondo o ramo así a unha serie de actos impulsados por colectivos de emigrantes en apoio á soberanía catalá que se desenvolveron estes días. Ademais, unha delegación do BNG, encabezada por Xavier Vence e Ana Miranda e na que tamén estaba Camilo Nogueira, estivo en Barcelona para amosar o apoio ao pobo catalán. Até Barcelona e para tomar parte na 'Via Lliure' tamén se desprazaron galeg@s que non querían deixar pasar un ha xornada que cualificaron de "histórica". |
NOS_51012 | Malia non dar o paso para suceder a Mariano Raxoi, por falla de apoios na formación e por ser consciente de que se enfrontaba a unha derrota, o mandatario galego non perdía as esperanzas de liderar os populares fronte a un Pablo Casado desgastado tras as sucesivas derrotas electorais. Mais os resultados electorais fecháronlle a porta. | Alberto Núñez Feixoo nunca deixou de mirar para Madrid. Malia non dar o paso para suceder a Mariano Raxoi, por falla de apoios na formación e por ser consciente de que se enfrontaba a unha derrota, o mandatario galego non perdía as esperanzas de liderar os populares fronte a un Pablo Casado desgastado tras as sucesivas derrotas electorais. Porén, os resultados de Isabel Díaz Ayuso nos comicios madrileños de maio e as novas expectativas de voto para o PP recollidas nas diferentes sondaxes, como consecuencia do retorno do electorado de Ciudadanos á casa grande da dereita, blindaron a candidatura de Casado e fecharon a porta a Feixoo na política estatal. A guerra aberta entre a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, e Pablo Casado é unha nova oportunidade nas aspiracións de Feixoo. O mandatario galego sabe que as súas posibilidades de lograr a xefatura do Goberno do Estado pasan por un cambio no actual equipo de dirección que aparte a Casado do liderado do PP. Neste sentido, o presidente galego é consciente de que a súa fortaleza está outra vez na debilidade de Casado e non dubida en mover ficha nese escenario tan coñecido para el. A este respecto, as súas declaracións deixan poucas dúbidas das súas intencións e desde o PP da Galiza recoñecen que a formación no Estado está nun momento político diferente ao de xuño. Apoio a Díaz Ayuso Feixoo foi o único dirixente territorial do PP que defendeu a candidatura de Díaz Ayuso á presidencia do partido en Madrid en plena batalla co aparato de Xénova. Así, interpelado sobre o asunto nunha rolda de prensa, sinalou: "Paréceme normal que un presidente autonómico queira presidir o partido na súa comunidade autónoma". Engadiu que lle "soprendería" que "fose o contrario" e concluíu afirmando que na súa formación "os presidentes autonómicos son que presiden o partido". Ao tempo, o mandatario galego animou outros baróns territoriais, concretamente ao castelán, Alfonso Fernández Mañueco, e ao andaluz, Juanma Moreno, a un xesto na mesma dirección, que non chegou a producirse. A posición de Feixoo non pasou desapercibida no equipo de Pablo Casado, que mandou mensaxe á Galiza. Porén, esta non fixo ningún efecto no mandatario galego, que insistiu nos seus argumentos e afirmou que "este ruído non é bo para o PP", nunha sorte de reproche á dirección estatal do partido, a quen os populares galegos culpan da inestabilidade na formación. Pola súa banda, algúns dirixentes do PP galego próximos a Pablo Casado consideran que as últimas palabras de Feixoo responden á vontade do líder galego de abrir nunha terceira vía entre Casado e Ayuso e deixar clara a súa disposición a encabezar unha alternativa interna á actual dirección do PP. O presidente da Xunta sábese diante dunha das súas últimas posibilidades e non está disposto a deixala pasar. Aínda así, os cadros populares consultados cren escasas as probabilidades de éxito de Núñez Feixoo e dan por feita a continuidade de Pablo Casado até os vindeiros comicios estatais. |
PRAZA_11010 | Xosé Duncan, autor da triloxía 'As crónicas de Bran' ou da novela 'Negruña', vén de publicar 'Mnemea' (Galaxia), unha historia sobre un escritor con medo a ser esquecido. | Tirar pola literatura fantástica para adultos en galego é, sen dúbida, un dos principais obxectivos da produción literaria de Xosé Duncan, autor da triloxía 'As crónicas de Bran' ou da novela 'Negruña'. Aínda que os elementos fantásticos pasan a un plano secundario no seu último libro, 'Mnemea' (Galaxia), unha historia sobre un escritor con medo a ser esquecido. Que é tamén, á súa maneira, unha reflexión sobre o desexo humano de transcendencia. O autor respondeu por correo electrónico as nosas preguntas sobre 'Mnemea' e sobre as súas anteriores entregas literarias.Mnemea é a memoria, a "musa" da memoria, o principal elemento fantástico desta novela, que é máis ben realista. Aínda que Mnemea non é a personaxe principal, por que decides contar a historia desta novela, en boa medida, a través de Mnemea?Desde un comezo, a miña intención era construír unha narrativa moi lírica e que tentase transmitir sensacións. De aí tamén algúns títulos de capítulos como o de 'De volta á moqueta con cheiro a tabaco'. Desexaba acadar un diálogo co lector que funcionase a base de aromas, de cambios de luz, de sombras..."Desexaba acadar un diálogo co lector que funcionase a base de aromas, de cambios de luz, de sombras…"Un dos obxectivos de usar a Mnemea, amais dalgúns outros, era ter un elemento discordante da realidade que impera na novela e, así, poder aplicar unha prosa un chisco máis poética cando ela aparecía ou nas súas interaccións co resto de personaxes. Digo o de 'amais dalgúns outros' porque o verdadeiro cometido de Mnemea é o de ser un alter ego esquizofrénico dalgúns personaxes e a representación fantasmal desas obsesións que dirixen por completo as nosas vidas cando perdemos o control.A reflexión metaliteraria é realmente un tema moi presente na literatura galega, pero moito máis na poesía que na novela, seguramente. Novelas nas que os escritores son personaxes hai algunha máis nas nosas letras. Mais, en xeral, algunha outra obra semellante serviuche dalgunha maneira de axuda para construír esta historia? O certo é que non. Malia ser unha novela que conta a historia da escrita dunha novela, a idea de Mnemea apareceu na miña cabeza xusto coma un resorte polo medo a non ter unha idea. Púxenme a pensar que pasaría se non daba cunha idea que me resultase tan atractiva como a das últimas novelas que escribira -ningunha delas está aínda publicada- e recreeime no medo ao 'bloqueo do escritor'."A idea de Mnemea apareceu na miña cabeza xusto coma un resorte polo medo a non ter unha idea" Xusto ese desacougo foi o que detonou o concepto básico da novela e é a explicación -que non o xustificante- do miserable comportamento de Lois. El leva dez anos sen escribir, o público xa o esqueceu ou, quen o lembra, refírese a el como 'unha vella gloria'. Non creo que poida haber maior presión para alguén que quere escribir a súa derradeira novela e marchar pola porta grande. Esa presión é a que me serviu de escusa para levar o dramatismo da súa paranoia ao límite e mesturalo co lirismo das aparicións de Mnemea.Pode entenderse, en relación co anterior, como unha novela sobre a escrita, ou máis ben sobre un xeito de entender a escrita. Lois non pode coas súas propias frustracións, e el e a súa dona Anna pasan a vida competindo, nunha relación bastante destrutiva. É unha novela sobre o feito da escrita en si (o medo ao fracaso, a que se esquezan de un…) ou sobre a necesidade da transcendencia, de ser querido, recoñecido, de deixar pegada…? (E da soberbia que iso tamén implica: pensar que un é importante…)Si, ambas as dúas cousas e, ademais -ou polo menos así o quería transmitir- desde os dous puntos de vista de cada un deles. O obxectivo principal da parella era expor unha relación tóxica onde ningún levaba a razón ao 100% nin actuaba mal ao 100%. Tanto Anna como Lois están a beneficiarse, dun xeito ou outro, da súa relación, até que esta remata por racharse por mero desgaste."O obxectivo principal da parella era expor unha relación tóxica onde ningún levaba a razón ao 100% nin actuaba mal ao 100%"Tamén quería amosar un mesmo obxectivo (publicar un libro, ser novelista...), pero que supón unha meta totalmente diferente para Anna, que adoece por acadar un posto 'político' no sistema literario, e para Lois, que o único que quere é ser unha 'book-star', unha diva narrativa. Por unha banda temos a ansia de Anna polo recoñecemento público, e coetáneo, por ostentar un alto cargo de poder académico e pola outra contamos coa idea romántica de Lois de transcender no tempo, mesmo na historia da literatura, como un dos grandes autores de fantasía de todos os tempos.Desde o principio aparece unha asociación, no contexto da novela moi poderosa, da que despois imos sabendo das súas corruptelas. Tiven a tentación de ver aí, máis que as asociacións de escritores, algunhas institucións da cultura galega… Aínda que non necesariamente, porque cousas así poden acontecer en calquera lugar. Houbo algún feito real que dalgunha maneira "inspirase" ese aspecto?Despois de convivir co sistema literario con tanta intensidade como o fixen durante estes oito anos, sempre hai algo real que che inspira a creación ficticia de personaxes, situacións e institucións. Tamén é certo que, desde un principio, tentei fuxir de empregar ningún tipo de referencia ao sistema literario 'galego' e non aparece esa palabra en ningunha das páxinas da novela. Así que, como moi ben dis, as situacións ás que me refiro poderían ter lugar en calquera lugar do mundo que conte cun sistema de edición de libros e xente que queira escribir historias."Desde un principio, tentei fuxir de empregar ningún tipo de referencia ao sistema literario 'galego"En calquera caso, aínda que por certas opinións sobre a novela penso que non o conseguín, non hai en Mnemea ningunha crítica explícita, nin ao sistema nin a ningunha institución. Para min, o sistema literario que se debuxa en Mnemea é un mero escenario para os personaxes e as 'críticas' veñen dadas por Lois -sabemos que no seu estado mental e na súa situación artística non ía estar a ben con ningún sistema- ou por Carla -que non pode facer outra cousa que darlle a razón a Lois xa que o quere usar para introducirse no sistema-. Así as cousas, podemos ver fantasmas en calquera sitio, pero non creo que nada do que acontece na novela sexa imposible.O mundo editorial sae bastante na novela, coas súas complexidades. Hai un diálogo no que se fala dunha especie de tendencia a facer libros para educar, para transmitir valores… É só unha conversa dos personaxes ou reflicte tamén unha preocupación túa ao respecto?Si, é unha das miñas reflexións habituais -que non quero dicir que leve razón-. A miña opinión é que vivimos nun sistema literario, e cultural, moi debilitado e enfermo -aquí non vou entrar nas causas, razóns ou culpables, só na situación-. Cando algo está enfermo, agroman por todos lados terapias de shock, remedios naturais, receitas homeopáticas..."Para min, enfocar o músculo literario ao eido da educación non é a cura do enfermo, é garantirlle unha boa calidade de vida nos poucos anos que lle quedan"Algunhas que poderían curar ao enfermo, outras que non. Algunhas que fan que mellore a curto prazo, malia que remate por morrer e outras que non son máis ca un efecto placebo. Para min, enfocar o músculo literario ao eido da educación non é a cura do enfermo, é garantirlle unha boa calidade de vida nos poucos anos que lle quedan. Eu son máis da literatura pola literatura, de xente que le porque escolle o que ler e non por ser lecturas que lle recomendan/asignan na escola.Un sistema literario san debe ter lectores adultos que seleccionan activamente as súas lecturas e que len para sorprenderse, molestarse e reconstruír as súas conviccións, non len para formarse ou para que a lectura dea a razón a uns dogmas determinados. Isto último, para min, é a definición de libros de texto na educación, moi diferente dunha literatura como tal. Aínda que isto daría para outro debate...A novela dálle un status ao xénero da fantasía que seguramente non ten, polo menos no contexto galego. É tamén un xeito de reivindicar a literatura fantástica?"Eu son máis da literatura pola literatura, de xente que le porque escolle o que ler e non por ser lecturas que lle recomendan/asignan na escola"Si. Eu defendo a literatura fantástica para adultos, sen menosprezo da LIX. Sempre que se fai este matiz, sae alguén que argumenta que o nivel de escrita da LIX non é inferior ao da literatura adulta, pero ese non é o asunto. Cando reivindico a fantasía para adultos, fago un chamamento a empregar uns recursos de empatía, de personaxes, de dramas vitais, de situacións que están creados para conectar cun público de máis de vinte anos de idade.Calquera película de Harry Potter está feita con gran calidade, pero non é o mesmo ca '21 gramos', por exemplo. Se no cinema non hai esa polémica, por que non se pode facer esa diferenza na literatura? Mais, si, volvendo á pregunta, o status literario que ten a narrativa fantástica na novela -se tivese lugar no noso país- é pura ficción.Parece que o protagonista é un home, Lois, mais en realidade el xira arredor de tres mulleres: Carla, a súa "negra", Anna, a súa compañeira, e Mnemea, a súa "musa", coas que, aínda que non queira velo, mantén unha relación de dependencia. De feito, o seu medo ten moito que ver co iso. Teme verse desprazado, esquecido… e no seu intento de marcar territorio pode chegar a facer cousas bastante desprezables. Ten algo que ver coas relacións de xénero, ou non era a túa intención?"Cando reivindico a fantasía para adultos, fago un chamamento a empregar uns recursos de empatía, de personaxes, de dramas vitais, de situacións que están creados para conectar cun público de máis de vinte anos de idade" Non, non o era. Cando creo un personaxe, non fago un reparto de roles en base ao seu sexo. Anna e Lois poderían ser perfectamente unha parella do mesmo sexo, mais a miña elección do sexo de cada un deles veu dada pola necesidade da súa interacción con outra personaxe, Sandra Covas -non vou explicar moito máis porque teño unha tendencia moi grande ao spoiler-.Quero dicir que, para min, o feito de que un personaxe teña uns órganos xenitais ou outros non está determinada polas relacións de xénero, senón que obedece a unha necesidade argumental da historia. A miña intención con eles dous era plasmar as dificultades que poden existir na convivencia de dúas persoas cando os seus obxectivos vitais están tan vinculados e, mesmo, enfrontados.Parte do conflito entre Lois e Anna deriva do interese dela en acadar e conservar un posto no sistema. Di Lois que son como lobos que só ceden parte a quen é parte do seu círculo. Respóndelle Anna que teñen moito menos poder do que el imaxina. Aínda que non deixa de ser ficción, si que pode haber aí algo sobre a relación entre os autores/as do "sistema" e das "marxes". Que non sei se é un esquema axeitado para falar do contexto galego, por exemplo, mais, algunha vez, como autor procedente da literatura fantástica, dunha editora pequena, etc, sentícheste así ou pensas que pasa iso en Galicia?"A miña intención era plasmar as dificultades que poden existir na convivencia de dúas persoas cando os seus obxectivos vitais están tan vinculados e, mesmo, enfrontados"Penso que si. O tratamento que se lle dá á xente que crea fantasía adulta e ás editoriais pequenas non é o mesmo que recibe a xente que escribe outros xéneros e que ten a sorte de publicar en editoriais de maior envergadura. Só fai falla botar unha ollada aos xornais, páxinas web, espazos de radio e televisión ou calquera outro medio de difusión cultural para ver de quen se fala e de quen non se fala (tanto por variedade como por repetición). Vivimos uns tempos estraños, nos que a xente que escribe está obrigada a usar redes sociais que comercian cos nosos datos persoais para facer promoción da súa obra. Supoño que son os tempos que nos tocou vivir, pero iso non quere dicir que o esteamos a facer ben.Chega un momento en que a historia comeza a xirar máis arredor de Carla. En contraste co personaxe de Anna, que representa? (É unha muller nova, coas súas inseguridades, que tamén debe ir gañando confianza en si mesma…)Se non contamos a Mnemea -por razóns que non vou explicar- a novela ten catro personaxes: Lois, Anna, Sandra e Carla. Os tres primeiros teñen unha media de cincuenta anos, máis ou menos. A necesidade da personaxe de Carla vén dada por poñer en xogo unha visión máis fresca, talvez cándida, da realidade literaria fronte á que teñen calquera dos outros. Como dicía antes, un dos meus obxectivos era plasmar un mesmo escenario, unha mesma obra de teatro, visto desde varias perspectivas."Vivimos uns tempos estraños, nos que a xente que escribe está obrigada a usar redes sociais que comercian cos nosos datos persoais para facer promoción da súa obra"Carla é un contrapunto aos dramas 'maduros' que padecen os demais. Comentaba nunha presentación que, para min, o verdadeiro drama de Lois, Anna ou Sandra é que están no momento das súas vidas de facer balance e que o balance pode ser positivo ou negativo, mais nunca é satisfactorio. Carla aporta a forza da xuventude, a intensidade que empurra a Lois e que lle aporta os medios que el non ten para levar a cabo a escrita da novela.En 'Mnemea' está citado o teu libro anterior, 'As lembranzas perdidas no lago Antelväri', como se fose de Lois Mourinho, o protagonista. Este libro comeza falando dos seres fantásticos ou máxicos que nos acompañan como proxeccións nosas, do que tememos, odiamos… E iso ten moito que ver coa historia de 'Mnema'. Ao mesmo tempo, o protagonista de 'As lembranzas' non quere lembrar, ten unha relación complicada co paso do tempo coma Lois… Cales son as conexións relevantes entre estas dúas novelas?"Calquera cousa antes que desaparecer e non ser máis ca unha lembranza na mente da xente que coincidiu contigo en vida"Supoño que a conexión entre esas dúas novelas -e outras que teño- son as miñas fobias e pánicos. Son ateo convencido e teño pánico á morte. Se xuntas eses dous ingredientes, obtés un prato cheo de ansías por perdurar, por non esquecer, por non deixar de ser e por transcender, do xeito e forma que sexa. Calquera cousa antes que desaparecer e non ser máis ca unha lembranza na mente da xente que coincidiu contigo en vida. É un prato bastante agre, mais dá para unha dixestións longas e pesadas.Hai elementos de terror, algunha pegada da novela de misterio e polo menos unha ambientación nórdica en 'As lembranzas perdidas', na que o temor á soidade, a atmosfera potencialmente asfixiante dunha pequena comunidade… están moi presentes. Cal era o teu obxectivo, respecto á relación que pode albiscarse entre os xéneros de terror e misterio galegos e nórdicos, neste libro?A inspiración chegoume coa miña lectura de 'Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove' e a fascinación que supuxo para min coñecer a literatura escandinava. Namorei do xeito de narrar que ten Pasi Ilmari e sorprendinme da retranca tan semellante á nosa que teñen os nórdicos. A partir de aí, non sei... O desexo de mesturar Stephen King, Lovecraft e narrativa nórdica? Querer facer a tentativa de non caer no recurso de 'galeguizar' unha historia para que se adapte aos gustos do sistema literario e internacionalizala ao máximo?"Namorei do xeito de narrar que ten Pasi Ilmari e sorprendinme da retranca tan semellante á nosa que teñen os nórdicos"Supoño que foi a suma de todo iso. Para min, as claves de 'As lembranzas perdidas' están na deslocalización, na creación dun escenario que a persoa que a lea debe crear e darlle localización xeográfica ao seu gusto e, ademais, ao ter lugar nunha aldea pequena, podes botar man dos estereotipos sen que renxan: o carteiro, o sheriff, o taberneiro... Todos teñen cabida e poden amosar as súas mellores/peores calidades.En 'Negruña' hai bastante crítica a unha sociedade clasista. É unha distopía na que Coruña devén Negruña, un lugar gobernado por unha elite de inútiles, moi preparado para a esmagar as persoas que menos teñen. Negruña poderían ser Coruñas pasadas, Coruñas futuras… É a coruñesa unha sociedade máis clasista, como di o tópico, que calquera outra cidade do país?Pois, vivindo na Coruña desde hai máis de corenta anos, non sei dos tópicos que se din dela por aí adiante, mais si recoñezo que é moi clasista. Sempre lembro a diferenza tan brutal que había (hai) cando nos oitenta baixabamos ao centro para ir ao cine ou á disco. Non estabamos a máis de dous quilómetros de distancia e, cada vez que saiamos do barrio, semellaba que viaxabamos a outro país."É imposible ter unha cidade moderna se nos rexemos por unhas normas de conduta caciquís"Todo era fasto e marabilla nos Cantóns en comparación coa pobreza -daquela o da clase media aínda estaba por chegar- que había no Ventorrillo. Iso non foi máis có comezo das relacións e clasismo das xeracións que viñeron despois. Vivimos nunha cidade de aparencia, onde non podes estar seguro de quen é quen, nin por como viste nin por como se comporta. Non penso que iso xere unhas relacións abertas e de confianza. É imposible ter unha cidade moderna se nos rexemos por unhas normas de conduta caciquís.A que etapa histórica da Coruña se parece máis esa Negruña do século XXIV? Que ten cos "recortes" en políticas sociais de despois da "crise", co desmantelamento do sistema de pensións…?Negruña escribina en 2015, cando a situación política da cidade era horrible e a situación do estado español non era mellor. Por moito que escribas fantasía, esa ficción que creas non pode ser allea á realidade na que vives. O motivo de que Negruña fose unha distopía era xusto ese, coller a realidade e levala a un futuro próximo. Dese xeito podía empregar os escenarios actuais -non sería tempo dabondo no futuro como para que desaparecesen e, así, serían recoñecibles- e levar a situación económica, política e social a un extremo, moi extremista, mais posible."Todo era fasto e marabilla nos Cantóns en comparación coa pobreza -daquela o da clase media aínda estaba por chegar- que había no Ventorrillo"O máis curioso foi que, durante unha presentación da novela, Tomás Rivera comentoume que algo semellante estaba a acontecer nese tempo nos Estados Unidos. Algunhas cidades estaban a mudar a poboación cara ao centro para tentar aforrar recursos e servizos sociais da periferia, que lles supoñían máis custo que se os atendían en zonas máis concentradas e próximas.Tamén hai unha trama histórica, bastante baseada en documentación, na que a historia da Coruña conflúe coa doutros países: a India, Rusia… Como foi ese traballo de documentación e por que escolles estes feitos históricos?Foi a novela para a que máis me documentei. Desde os dogmas e motivacións da Sociedade Thule até os derradeiros días de vida de Rasputín e o papel que este monxe xogaba na corte do tsar e cal era a súa relación coa tsarina. A trama histórica cumpría dúas funcións en Negruña. Por unha banda, servía de bio para algúns dos personaxes que vivían nesa cidade do século XXIV, mais que tiñan a súa orixe no pasado da historia da humanidade."A arañeira argumental de 'Negruña' xogaba coa idea do racismo e clasismo da especie humana, empregando como tese do seu salvaxismo a pureza (ou impureza) do sangue dos seus individuos"Pola outra, tecían o fío condutor entre toda a arañeira argumental e que, en realidade, xogaba coa idea do racismo e clasismo da especie humana, empregando como tese do seu salvaxismo a pureza (ou impureza) do sangue dos seus individuos. Dese xeito, o grupo protagonista de adolescentes experimentan algún tipo de mutación no seu sangue que lles confire os seus poderes e é esa mutación a que funciona como reclamo para os viaxeiros do tempo. Esa ía ser a única trama, mais a cidade foi gañando peso e converteuse nun ser con vida propia, na que destacaron os Fillos do gas e personaxes que adoro, como o Escocés ou Isabel, por poñer un exemplo.Se imos á novela de terror 'Hostal Norte', a túa obra anterior a 'Negruña', atopamos tamén temas tratados nas últimas novelas: soidade e incomunicación, desigualdade e precariedade laboral, violencia soterrada e explícita… Pódese dicir que serían os teus temas?"Gusto de tentar crear certa incomodidade ou necesidade de reflexión, e que a persoa que le unha novela miña sinta un pouco de desacougo"Son os temas polos que sinto máis inclinación, si. Non ten ningunha explicación máis profunda nin metafísica que a miña preferencia polo Metal -o da música, non o da industria-. Como dicía antes, gusto de tentar crear certa incomodidade ou necesidade de reflexión, e que a persoa que le unha novela miña sinta un pouco de desacougo e un moito de cuestionarse unha chea de cousas que daba por sentadas no seu concepto do mundo e da vida. Obviamente, non sempre o acadas e catalogan as túas obras como 'libros de autoaxuda'. Non deixa de ter o seu aquel, porque eu non son quen de axudarme a min mesmo a enfrontarme á vida como para pretender axudar a descoñecidos.Hai misterio, pesadelos, pistas ocultas… en 'Hostal Norte'. A novela ía formar parte da colección xuvenil de Urco, pero foise transformando. En que sentido? Como ves esta novela desde hoxe?Ese texto ten unha historia curiosa. Por aquel entón eu estaba ocupado coa escrita do que sería o terceiro (e derradeiro) volume de 'As Crónicas de Bran' e Tomás (González Ahola) fíxome a proposta de escribir unha novela curta para o que era unha nova liña LIX e na que estaban a publicar novelas como a súa propia 'Alaia e a deusa'. O problema é que a cousa se me foi de man así como rematei o primeiro capítulo e a novela non foi por unha dirección moi LIX que digamos."O de que fose, no seu momento, a primeira triloxía de fantasía épica escrita en galego non é máis ca outra mostra do 'estraño' da situación dunha narrativa que se fai nun pais cun pasado mitolóxico e fantástico tan intenso coma é o noso"Supoño que foi a constatación de que non sei, ou non me sae, escribir LIX. Foi a novela que menos tardei en escribir. Remateina en tres semanas e foi unha viaxe frenética e apaixonante, tan intensa que, sempre que podo, recomendo ao futuro lector que a acometa dunha sentada, que así poderá ligar todas as pistas e 'ovos de pascua' que deixei polas súas páxinas.Como a vexo hoxe en día? Con moito agarimo, como todas as demais. É ben certo que agora mesmo non estou satisfeito coa narrativa das Crónicas, mais non deixa de ser unha filla de papel con tanto dereito e con tan bos momentos creativos coma as outras. Mais si, Hostal Norte ten algo de especial pola súa brevidade e o seu alto clímax. Foi coma un romance de verán, coas súas cousas boas e as súas cousas malas.A triloxía 'As crónicas de Bran' foi o teu primeiro proxecto literario grande -en tamaño, polo menos, é indubidable-. Ti mesmo o defines como "unha historia en tres actos que, malia o seu escenario fantástico e botar man de druídas e dragóns, afonda na natureza humana e nos medos, desexos e demais paranoias que, ao final, constitúen un vieiro común en todas as miñas novelas". Preséntase como a primeira triloxía fantástica en galego. Que te motivou a escribila?Foi a evolución natural desde os relatos, cos que tiña a sorte de colaborar no proxecto Contos Estraños, cara a unha narrativa máis complexa, tanto en forma como en extensión. O de facer unha historia de fantasía épica veu dado porque era un dos tipos de lectura que máis consumín na miña adolescencia e, tamén, porque o concepto global da triloxía xurdiu grazas a dous relatos que publicara na revista Contos Estraños: 'O ollo do corvo' e 'Os últimos de Landeiras'."Eu asumo que as miñas primeiras obras non tiñan unha calidade literaria -que non é o mesmo que creativa- excelsa, mais Contos Estraños foi a maneira na que eu puiden acceder á posibilidade de publicar"Non pasara moito tempo de rematar esas dúas historias e, non sei por que motivo, fusionáronse na miña cabeza e detonaron no que sería a base argumental das Crónicas. O de que fose, no seu momento, a primeira triloxía de fantasía épica escrita en galego non é máis ca outra mostra do 'estraño' da situación dunha narrativa que se fai nun pais cun pasado mitolóxico e fantástico tan intenso coma é o noso.Contos Estraños foi artífice, segundo dixeches noutra entrevista, -en Cicloxénese Expresiva-, de que "quen queira publicar en galego teña unha oportunidade, sen entrar en certames maquiavélicos, ou non maquiavélicos, ou máis ou menos mitificados ou politizados". Foi o que supuxo para ti cando empezaches? En que sentido?Pois no sentido que, se non chego a atoparme con Fernando e Tomás facendo a promoción do Basilius na Feira do Libro da Coruña, non tería escrito nunca. A iso me refería con esa afirmación. A que ninguén máis pasa o traballo de dar cabida e, mesmo, formar sobre a marcha a futuras xeracións de autores. Eu asumo que as miñas primeiras obras non tiñan unha calidade literaria -que non é o mesmo que creativa- excelsa, mais foi a maneira na que eu puiden acceder á posibilidade de publicar."O que critico dos certames non é que sexan máis ou menos perfectos nos seus funcionamentos internos, senón que non chego a entender como poden repetirse tanto o nome de xente que forma parte dos xurados e da xente que os gaña"Outra xente ten a oportunidade de formarse academicamente na lingua e na narrativa e entran polas portas grandes dos certames literarios. O que eu critico dos certames non é que sexan máis ou menos perfectos nos seus funcionamentos internos, senón que non chego a entender como poden repetirse tanto o nome de xente que forma parte dos xurados e da xente que os gaña. Ou temos máis currais ca galiñas ou no mercado nos están a vender sempre os mesmos pitiños.Contos Estraños é parte de Urco, que naceu para "encher un oco histórico no sistema literario galego: a publicación sistemática e especializada de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror", con traducións de clásicos do xénero ao galego e con produción propia galega. Ti es parte dese proxecto de empurrar, como autor, a literatura fantástica en Galicia. Para ti era tamén en parte unha cuestión de encher un oco? De impulsar unha tradición que xa existía pero que non estaba moi recoñecida…?Nun principio non. Eu non estaba ao tanto das tendencias ou carencias da literatura galega -case ninguén que non está, dun xeito ou outro, dentro da maquinaria literaria é consciente plenamente das bondades e eivas que hai nela- e, polo tanto, non tiña a percepción de se era preciso cubrir un oco ou non. Xaora, Fernando e Tomás si que sabían desa necesidade, un por ser escritor e o outro por ser editor, así que foron eles os que turraron da xente que participamos cos nosos textos na revista de Contos Estraños."O público obxectivo da literatura fantástica está a consumir o seu ocio cultural en castelán ou en inglés"Despois destes oito anos, un xa ve como se move a literatura fantástica en galego -máis unha vez, non estou a falar da LIX- e tampouco te sorprendes de que non se lle dea relevancia. Que conste que non o vexo coma un defecto xerado polo propio sistema literario galego. Estou convencido de que non é máis ca un efecto secundario de que o público obxectivo da literatura fantástica está a consumir o seu ocio cultural en castelán ou en inglés.Algo máis que queiras comentar?É un tópico, pero quero darche as grazas por facerme un oco ti a min e dar visibilidade a Mnemea. Despois de levar catro meses en circulación -agás a aparición no Diario Cultural-, a pobre musa non tivo máis aparición que nun blog. Por rematar con outro topicazo, penso que é unha das miñas mellores novelas e agardo que a xente que se achegue a ela pase bos momentos coa súa lectura. |
NOS_17614 | O rapeiro ten que entrar en prisión tras a condena polas letras dalgunhas das súas cancións. | Centos de persoas participaron esta fin de semana na Galiza nas concentracións convocadas en apoio ao rapeiro Pablo Hasel e en rexeitamento á sentenza que determina a pena de prisión para este músico e activista catalán. "Aministía Total: Pablo Hasel, á cadea por denunciar o réxime" era a palabra de orde que figuraba na faixa principal nas mobilizacións que decorreron en cidades galegas como Vigo, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo ou Pontevedra. A defensa da liberdade de expresión, a denuncia do que supón a pervivencia dun órgano como a Audiencia Nacional ou a crítica ao denominado Réxime do 78 foron algunhas das constantes destas concentracións, que se realizaron da man dunha cionvocatoria a nivel de Estado que deixou concentracións en múltiples cidades e vilas. O rapeiro Pablo Hasel ingresará en prisión nas vindeiras datas para cumprir unha pena de nove meses de cadea por un delito de "enaltecemento do terrorismo e inxurias e calumnias á Coroa e os coHasel foi condenado a 9 meses e 1 día de prisión pola Sala de Apelacións da Audiencia Nacional en setembro de 2018, así como ao pagamento dunha multa de aproximadamente 30.000 euros, por difundir mensaxes en Twitter, así como por difundir a canción 'Morte aos Borbóns', unhas accións que a Xustiza do Estado vén de considerar constitutivas de delito. "Ao final non houbo a suficiente solidariedade para parar isto" —en referencia á súa condena—, e apuntou que afecta á maioría porque non se garante a "liberdade de expresión". "Vanme meter na cadea por contar feitos obxectivos, mais xamais van dobregarme", engadiu. |
PRAZA_4844 | Xosé Ramos Rodríguez, membro de Nova Escola Galega, analiza as consecuencias que para o alumnado, o profesorado e o sistema educativo no seu conxunto terá o regreso dos exames de reválida ao final de cada etapa | Xosé Ramos Rodríguez, membro de Nova Escola Galega, analiza no Patio das Ideas, o blog sobre educación de Praza Pública as consecuencias que para o alumnado, o profesorado e o sistema educativo no seu conxunto terá o regreso dos exames de reválida ao final de cada etapa. Se pasados os anos recordaremos por algo moi especial a nova lei educativa (LOMCE), con toda seguridade será pola implantación de novo das reválidas ou exames de final de etapa - como insiste o Ministerio en que lles chamemos-, máis incluso que pola división en dous itinerarios en 4º da ESO, o reforzamento da Relixión ou mesmo a xustificación da educación segregada de nenos e nenas. E será así porque vai ser, con diferenza, a medida que máis afectará ao alumnado en concreto e ao sistema en xeral. O alumnado será dende os primeiros anos de escolarización (en 3º de Primaria, con 8 anos, será a primeira avaliación externa) sinalado, adxectivado, clasificado, e nas seguintes avaliacións xa claramente segregado Analizarei as razóns: O alumnado será dende os primeiros anos de escolarización (en 3º de Primaria, con 8 anos, será a primeira avaliación externa) sinalado, adxectivado, clasificado, e nas seguintes avaliacións xa claramente segregado. Coa desculpa de detectar problemas de aprendizaxe, ponse un exame de lapis e papel que primará sobre a valoración que fai o profesorado a través do contacto diario, do coñecemento das circunstancias persoais e da evolución nas aprendizaxes, que agora están servindo para determinar as medidas necesarias para atender as dificultades do alumnado. Que medidas "extraordinarias" se poderán adoptar cunha proba simple, puntual e ao final dun curso escolar, como establece a lei? Nesas circunstancias será a repetición, que se formula na LOMCE, a medida máis socorrida. O traballo do profesorado dos centros inevitablemente tenderá a preparar o alumnado para superar as probas O traballo do profesorado dos centros inevitablemente tenderá a preparar o alumnado para superar as probas. Tanto pola tendencia natural de calquera profesor de satisfacer as expectativas de progreso académico do seu alumnado, por enriba dunha formación integral das persoas; como tamén pola propia dinámica social que indubidablemente reclamará éxitos nas probas externas por enriba dos aspectos curriculares que non sexan avaliados directamente nelas. Polo tanto non caberá apenas falar de autonomía pedagóxica de centros e profesorado, nin sequera de cumprimento do currículo oficial nos aspectos que as probas non avalíen. E o que pasará coas materias que non son obxecto de avaliación? A diversidade de materias non é unha medida só destinada a ampliar os coñecementos do alumnado: é unha forma de introducir no sistema educativo regrado linguaxes e competencias que son útiles na vida e no desempeño cidadán (ámbitos como o musical, o artístico ou o da actividade física), que ademais serven para integrar e valorar o alumnado que destaca nestes aspectos, e forman parte dende hai tempo da diversidade que se lle esixe a un sistema educativo moderno. O que pasará con esas competencias? Pois que deixarán de ser valoradas polos rapaces e as familias, por non seren consideradas para as avaliacións externas. Os centros, nomeadamente os públicos, deixarán de ser a instancia que autonomamente titula o alumnado. Será necesaria unha valoración externa para conseguir a titulación Outra consecuencia será que os centros, nomeadamente os públicos, deixarán de ser a instancia que autonomamente titula o alumnado. Será necesaria unha valoración externa para conseguir a titulación: xa non servirá co que diga o centro educativo. E non é que o sistema educativo español se distinga por suspender pouco, por ser pouco esixente; polo contrario, estamos á cabeza o fracaso escolar en Europa. Pois non se entende. Tamén teremos consecuencias individuais de segregación do sistema, moitas veces por autoexclusión, por mor de poucas expectativas familiares, por unha maduración tardía, ou mesmo por desatención á diversidade. Será, pois, o alumnado o que soporte a avaliación do sistema, dado que os resultados das avaliacións terán unha repercusión social e profesional de maior profundidade que as avaliacións diagnósticas –no caso de que se manteñan–, que eran as que informaban ata agora da eficacia do sistema escolar. Individualmente tamén será preocupante a situación do alumnado que presentándose ás probas non as supere, deixando unha grave incerteza no seu futuro inmediato, motivada pola contradición posible entre unha avaliación continua positiva (do centro) e unha avaliación puntual negativa (na reválida), que predomina sobre a anterior. O que fará o alumnado ata a próxima reválida tendo o curso aprobado? O fracaso cébase co alumnado das familias menos favorecidas. O 61% dos adolescentes en risco de exclusión social suspenderon tres ou máis materias fronte ao 37% do resto dos estudantes En todo caso, sabemos tamén que tipo de alumnado será o mais gravemente afectado, pois non descoñecemos que o fracaso se ceba co alumnado das familias menos favorecidas. O 61% dos adolescentes en risco de exclusión social suspenderon tres ou máis materias fronte ao 37% do resto dos estudantes1. Estamos constatando no noso país nestes tempos como a "xustiza non é igual para todos" e coas reválidas veremos tamén que a "educación non é igual para todos". Mágoa, porque España ocupaba o segundo lugar no informe PISA por ter un sistema mais igualitario e igualador do alumnado. 1- Son datos dun estudo realizado pola Fundación Adsis acerca de como a conxuntura socioeconómica dos mozos está directamente relacionada co seu desempeño académico e a súa capacidade para relacionarse e ser aceptados polo seu ámbito. |
NOS_23547 | Rawiri Waititi, do Partido Maorí, defendeu que nun espazo como a Cámara os maorís deberían de poder empregar unha vestimenta que non fose unicamente a fixada por un "código occidental". | O co líder do Partido Maorí de Nova Zelandia, Rawiri Waititi, foi expulsado do pleno do Parlamento por se negar a usar unha gravata. O deputado manifestou que obrigalo a un 'código de vestimenta occidental' era unha violación dos seus dereitos e un intento de suprimir a cultura indíxena. O parlamentar maorí chamou as gravatas "un lazo colonial" despois de ser expulsado da cámara. Waititi levaba unha 'taonga', un colgante maorí de pedra verde e un traxe, para alén dunha tatuaxe "te moko" na cara. "Non se trata de lazadas, senón de identidade cultural", dixo ao saír do hemiciclo. New Zealand Maori Party leader, Rawiri Waititi, was ejected from parliament for refusing to wear a necktie in the chamber has said forcing him to a Western dress code was a breach of his rights and an attempt to suppress indigenous culture. I Read more: https://t.co/8HIlOYKpXb pic.twitter.com/W9foD1awPY— RTÉ News (@rtenews) February 10, 2021 Os indios maorís representan aproximadamente 15% dos cinco millóns de habitantes de Nova Zelandia, mais copan boa parte das estatísticas relacionadas coa pobreza e o encarceramento, nunha situación que vén de vello e afunde as súas raíces no dominio colonial británico. "Isto é unha violación dos dereitos dos pobos indíxenas, temos (debemos) ter a liberdade de expresar a nosa identidade cultural nun espazo coma este", manifestou. |
NOS_54067 | No segundo semestre de 2018 un total de 37 empresas cambiaron o domicilio social de Galiza a outras comunidades do Estado español, nomeadamente Madrid, que recibe 32% das firmas que se 'fugan' do noso país. | As machetas, titulares e editoriais semella que só falan do cambio de domicilio de empresas ('fuga de empresas') en relación a Catalunya. Como se esta dinámica se limitase a ese territorio e motivada por unha causa política (procés). Mais o traslado de domicilio social dun territorio a outro non é unha novidade. O goberno de Núñez Feixóo ordenou á Axencia Tributaria Galega que activase un plan de inspección sobre a fuga de empresas localizadas na Galiza a Madrid atraídas pola eliminación de trabas ou a menor presión fiscal. Os resultados desa inspección non se fixeron públicos. No segundo trimestre de 2018 un total de 37 empresas de Galiza cambiaron o seu enderezo social a outras autonomías. As máis beneficiarias deste movemento foron Madrid –que domiciliou 32% das firmas- e Castela-León. Nese mesmo período viñeron 33 empresas, catro menos. Nos últimos doce meses, segundo trimestre 2017-segundo trimestre 2018, foron 133 as empresas que saíron do noso país para outros territorios. Un período no que o camiño contrario, para se instalar aquí, fixérona 198, segundo os informes de Informa D&B. Entre 2013 e 2016 foron 458 as empresas que mudaron o seu domicilio social, deixando Galiza por outra autonomía. Unha mudanza que implicaba, en termos de facturación, uns 540 millóns de euros. Quen foi a principal beneficiaria destes traslados? Madrid, que pasou acoller 207 desas 458 sociedades, e 67% deses 540 millóns de euros. Non é algo exclusivo de Galiza. Madrid, cabalgando no efecto capitalidade que lle permite unha política fiscal de mínimos, actúa como succionador de empresas de todos os territorios do Estado. Reparto De cada cen euros que ingresan pola súa actividade as industrias de actividades extractivas que operan na Galiza (auga, enerxía, residuos) 82 van para o peto das empresas que teñen a súa sede central fóra do noso país. Un dado clarificador pois falamos de sectores estratéxicos da economía e que na Galiza benefician en grande medida firmas cos seus centros de decisión alén do Padornelo. No caso da enerxía son tres xigantes, ningún deles galego, os que se reparten case todo o pastel: Naturgy (antes Gas Natural-Fenosa), Endesa e Iberdrola. Esta é unha realidade que se presenta diáfana: 34,1% dos beneficios da industria en Galiza lévano empresas con sede noutros territorios, porcentaxe ademais que é un aumento considerábel a respeito da parte do pastel que as firmas non galegas obtiñan no noso país en 2008 e que era do 28,5%. Mentres aumentaba a parte de cifra de negocio industrial que as empresas con sede noutras autonomías obtiñan no noso país, diminuían as persoas que traballaban nas mesmas: en 2008 o 11,3% do cadro de persoal do sector industrial galego traballaba nesas compañías foráneas, en 2016 era 12,9%. A presenza de empresas con sede noutras autonomías non se restrinxe a estas ramas. Na metalurxia supón 60,4% da cifra de negocio. En 2008 era 21,4%. En cauchos e materias plásticas é 38,4% dos ingresos os que levan estas compañías, unha porcentaxe que en 2008 estaba en 27,5%. |
NOS_14611 | O goberno de Venezuela asegura que o feble estado de saúde do presidente Chávez está a ser empregado pola oposición e a prensa transnacional para desestabilizaren o país. | Os últimos comunicados feitos públicos polo executivo venezolano a respecto do empeoramento da saúde de Hugo Chávez reflicten un complexo proceso de recuperación para o líder bolivariano, que arestora se atopa afectado dunha grave infección respiratoria. Cuestión que até o de agora foi transmitida por distintos representantes do goberno a través de múltiples comparecencias de imprensa após a intervención á cal foi sometido o presidente Chávez o pasado día 11 de decembro. Porén, os partidos da oposición e os grandes grupos mediáticos, dentro e fóra das fronteiras venezolanas, insisten en considerar que existe un "baleiro comunicativo" arredor do seu estado de saúde. Fontes oficiais, aseguran que estes "rumores" espallados durante os últimos días constitúen unha "guerra psicolóxica" que procura empregar o cadro clínico do presidente de Venezuela para "desestabilizaren o país e pór fin á revolución bolivariana", aseverou en conferencia de imprensa esta quinta feira o ministro de Comunicación, Ernesto Villegas. Ernesto Villegas: "O entramado mediático transnacional desatou unha guerra psicolóxica co fin último de desestabilizar á República Bolivariana de Venezuela" O actual momento político iniciado en Venezuela após as eleccións do pasado mes de outubro e da re-aparición da enfermidade do presidente, abre diversas posibilidades para o futuro inmediato do país, cuxa data chave será o vindeiro día 10 cando se produza --se non existen mudanzas-- a toma de posesión presidencial. Malia que o líder da dereita venezolana, Henrique Capriles facía un chamamento "á calma" no país perante a saúde de Hugo Chávez, ao mesmo tempo aproveitaba para sementar a incerteza demandando "franqueza" nas mensaxes do goberno. Os grupos da oposición ven neste momento unha oportunidade política para bateren contra o goberno bolivariano e iniciaren a pre-campaña perante a posibilidade de se convocaren eleccións anticipadas en caso de falecemento ou impedimento do presidente durante os tres primeiros anos de mandato. Aliás, a dereita venezolana está a empregar os grandes grupos mediáticos --principais aliados da oposición no golpe de Estado de 2002-- para orquestaren as mensaxes e propagalas entre a opinión pública nacional e internacional. "O colectivo mediático transnacional, aseguraba o ministro Villegas, desatou unha guerra psicolóxica arredor da saúde do xefe de estado, co fin último de desestabilizar a República Bolivariana de Venezuela", ademais, no comunicado oficial denunciaban que os rumores xerados descoñecían "a vontade popular expresada nas eleccións presidenciais do pasado 7 de outubro" en que o líder bolivariano obtivo perto do 55% dos votos. O vicepresidente, Nicolás Maduro, aseverou a respecto das mensaxes lanzadas desde a dereita que procuraban "crear situacións de incerteza" e insistía en que tales xestos en "momentos de estrema febleza, amosan a alma miserábel da dereita". Os poderes públicos do país temen que detrás desa "campaña orquestrada" esta a procura dun "desenlace violento" --acrecentou Maduro durante a entrevista concecida na Habana á canle Telesur--. Porén, Maduro quixo transmitir unha mensaxe de "confianza" asegurando que sempre dirán "a verdade, sexa cal sexa". |
PRAZA_2243 | O Goberno municipal abriu un expediente que podería levar á rescisión do contrato e á remunicipalización do servizo. O conflito lembra o sucedido hai unhas semanas en Ferrol, onde se demostrou que a empresa responsable do saneamento, do mesmo grupo, non levaba a cabo o seu labor. | Este martes os concelleiros de Medio Ambiente e Servizos Públicos do Goberno municipal de Zaragoza visitaron por sorpresa as instalacións de dúas depuradoras xestionadas pola empresa DRACE, unha filial do grupo ACS encargada do servizo de saneamento na cidade. O obxectivo era comprobar a veracidade dos informes enviados polo xerente da sociedade municipal Ecociudad, que lle foran solicitados polo novo goberno local unhas semanas antes. A visita revelou a falsidade das informacións achegadas polo xerente Como revelou o responsable de Servizos Públicos, Alberto Cubero, a visita revelou a falsidade das informacións achegadas polo xerente: "Comprobamos como bastantes deses equipos levan estragados meses, mesmo anos; mesmo algúns non funcionaron nunca desde que esta empresa empezou o seu contrato. Non realizaron ningunha das melloras acordadas, e decidiron modificalas sen nin sequera informar o Consello de Administración de Ecociudad, que é a que xestiona este contrato. Ademais, o prego de condicións marca que deberían ter 24 traballadores, e só teñen 22, porque hai un tempo decidiron despedir a 3 compañeiros. Traballadores que son necesarios, e que deberían facer o mantemento que non se fai dos equipos da planta". O Goberno municipal, de Zaragoza en Común, decidiu de inmediato abrirlle á empresa un expediente sancionador polas irregularidades detectadas para que "deixen de estafar ao Concello". Cubero anuncia que van ser "moi belixerantes con esta situación" e sinalou que "se os motivos de sanción son tantos e tan graves, haberá que valorar unha rescisión do servizo", abrindo a porta a iniciar o proceso de remunicipalización. "Novamente unha gran multinacional coma ACS, con beneficios vergonzosos, trata de enganar o Concello e os seus habitantes para engordar eses beneficios, e faino a costa de dar un servizo de peor calidade en algo tan fundamental coma a calidade da agua" Varias das presuntas irregularidades xa foran denunciadas no Observatorio da Contratación durante a lexislatura anterior e Cubero criticou que o anterior goberno municipal -en mans do PSOE- non inspeccionara as instalacións en ningún momento. Así mesmo, despois de lembrar os paralelismos co sucedido en Ferrol, salientou que "novamente unha gran multinacional coma ACS, con beneficios vergonzosos, trata de enganar o Concello e os seus habitantes para engordar eses beneficios, e faino a costa de dar un servizo de peor calidade en algo tan fundamental coma a calidade da agua". "Estas son as consecuencias da externalización de servizos que fan urxente abordar a remunicipalización", concluíu, De novo ACS, de novo a xestión da auga O caso de Zaragoza garda un gran parecido co sucedido en Ferrol. A finais de agosto unha representación do Goberno municipal, encabezada polo alcalde Jorge Suárez, visitou as instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais de Cabo Prioriño, comprobando in situ que non estaba a realizar os traballos de saneamento e que nunca o fixera, a pesar de que levaba un ano cobrando unha polémica taxa por este servizo. En Ferrol tamén é ACS, a través de Urbaser, a xestora desta depuradora e de todo o ciclo da auga na cidade, a través da empresa mixta Emafesa. Tamén neste caso o xerente de Emafesa se converteu nunha figura de bloqueo aos intentos do Goberno local de fiscalizar a xestión do servizo. Non son os únicos exemplos recentes nos que a multinacional de Florentino Pérez está a cobrar por servizos ineficientes ou non realizados ou nos que pretende facelo. En Murcia, o Goberno rexional acordou pagarlle a ACS ao redor de 600 millóns de euros por lucro cesante, é dicir, pola diminución dos ingresos xerados por unha planta desalgadora de auga construída en 2009, cun custe de 500 millóns. O proxecto naceu en paralelo co boom inmobiliario na rexión; porén, freado o ladrillo (entre outras cousas pola ilegalización da macrourbanización de Novo Carthago) tamén o fixo a demanda de auga, polo que a planta demostrouse innecesaria, funcionando nos últimos anos ao 10% da súa capacidade, e sumando perdas anuais de 13 millóns de euros. En Murcia, o Goberno rexional acordou pagarlle a ACS ao redor de 600 millóns de euros por lucro cesante, é dicir, pola diminución dos ingresos xerados por unha planta desalgadora de auga Porén, o Goberno de Ramón Luis Valcárcel asinou con Florentino Pérez un contrato para a construción da planta (sen concurso público) que lle garantía a ACS uns beneficios de 500 millóns de euros ata o ano 2034. O novo Goberno rexional (de novo en mans do PP) vén de abrir unha comisión de investigación no Parlamento e asegura non ser responsable da xestión dos anteriores executivos populares. O negocio da auga Nos últimos anos a xestión do ciclo da auga, dende o subministro ata o seu saneamento e depuración, comezou a mover unha cantidade de diñeiro cada vez maior, converténdose en obxecto de desexo para as macroempresas do sector Nos últimos anos a xestión do ciclo da auga, dende o subministro ata o seu saneamento e depuración, comezou a mover unha cantidade de diñeiro cada vez maior, converténdose en obxecto de desexo para as macroempresas do sector. Entre 2008 e 2013 o custe anual da xestión da auga disparouse en Galicia, pasando dos 162 millóns de euros ata os 231, un incremento do 43%, segundo as cfiras do Instituto Nacional de Estatística. No conxunto do Estado a facturación tamén creceu de forma moi importante na última década. En 2003 sumaban 3.783 millóns de euros; en 2008 ascendera a 5.346 millóns; e en 2013 a factura era xa de 6.147 millóns. Aínda que o servizo segue sendo público, nas últimas décadas moitos concellos entregaron a súa xestión a empresas privadas, ben directamente, ben a través da creación de empresas mixtas, nas que en todo caso a xestión sempre está en man da parte privada. Entre as cidades galegas, de feito, tan só A Coruña conta cun servizo de augas xestionado por unha empresa pública. "Hai que preguntarse por que se privatiza, e os contratos non están feitos para que se xestione ben, senón para asegurar que se gañe moito diñeiro", destacaba hai unhas semanas en entrevista con Praza Luis Babiano, xerente da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento. Entre 2008 e 2013 o custe anual da xestión da auga disparouse en Galicia, pasando dos 162 millóns de euros ata os 231, un incremento do 43% Conflitos coma os de Ferrol ou Zaragoza e a constatación de irregularidades ou da ineficiencia dos servizos emprestados polas empresas concesionarias son cada vez máis frecuentes. En ocasións, ademais, coa implicación de tramas de corrupción, como sucedeu con Aquagest e a Operación Pokémon. Na Costa da Morte, destaca o deficiente e caro funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Corme, que dende a súa inauguración en 2011 só estivo operativa de forma axeitada uns meses. A instalación, que tivo un custe inicial de 1,6 millóns de euros, ten tamén uns gastos de mantemento moi superiores ás de plantas semellantes e calcúlase que cada veciño debería pagar 7 euros mensuais para o seus sostemento. De igual xeito, esta mesma semana o pleno de Viveiro cuestionou a xestión da empresa concesionaria dos servizos de auga e saneamento, Viaqua (antiga Aquagest), que lle esixe ao Concello o pagamento de 1,2 millóns de euros. Tanto o PSdeG-PSOE coma o PP acusan a empresa de incumprir o contrato de concesión. |
PRAZA_16694 | A plataforma contra a mina advirte de que o alcalde recoñeceu que a empresa levou a cabo centos de exploracións sen autorización municipal. En Marea, PSdeG e BNG denuncian os danos causados pola empresa e advirten das irregularidades do proxecto. | A plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non denuncia que a compañía que pretende a polémica reactivación do proxecto de extracción de cobre acumula "máis de 360 sondaxes sen licenza" e "ante a permisividade do alcalde". O colectivo asegura que foi o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, quen recoñeceu no último pleno municipal que abordou o tema a falta de autorización por parte de Atalaya Mining. A plataforma veciñal advirte de que o propio alcalde de Touro recoñece que a empresa realizou centos de sondaxes sen licenza municipal Preguntado o alcalde sobre se a empresa tiña solicitado autorización municipal para realizar os sondaxes, este contestou que "non", segundo informa a plataforma, que achega un vídeo desta declaración. "Sobre se se lle tiña esixido á promotora algunha fianza ou depósito para facer fronte aos danos causados, o rexedor informou de que un técnico municipal se estaba encargando do asunto e se abrira un expediente trala denuncia dun particular e non por iniciativa municipal", engaden nun comunicado. Tal e como lembra a plataforma, Alberto Lavandeira, conselleiro delegado de Atalaya Mining, empresa copartícipe de Cobre San Rafael xunto con Explotaciones Gallegas, aseguraba ter realizado máis de 600 exploracións, das cales só 240 foran en terreos privados. "Con estes datos, máis de 360 sondaxes teríanse realizado sen a preceptiva licencia, de forma ilegal", lembran. A polémica chegou á comisión de industria do Parlamengo galego, onde o PSdeG denunciou "problemas ambientais" xerados polas devanditas sondaxes, unha queixa apoiada por En Marea e BNG. Todo xurdiu tras unha proposta do PP que saíu adiante unicamente cos seus votos e na que pedía á Xunta que "cumprra a lei" co proxecto para que "non quede ningunha dúbida" sobre a súa legalidade. En Marea e Bloque votaron en contra e os socialistas abstivéronse. O PP sacou adiante unha proposta só cos seus votos e acusou a oposición de "demagoxia" O popular Moisés Blanco criticou a "tendencia" da oposición a "sinalar empresas, ben por prexuízos ideolóxicos, por cálculos electorais ou por descoñecemento". Ademais, dixo querer "afastar a demagoxia" do debate sobre a "controvertida mina", e reivindicou a "importancia do sector", a seguridade xurídica e unha minería "moderna" e "respectuosa co medio ambiente". Noa Presas, do BNG, asegurou estar "a favor da minería" pero en contra "da demagoxia" que o PP "emprega" co Bloque. "A mina de Touro, nin moderna nin sustentable", advertiu. Pola súa banda, o socialista Abel Losada aclarou que o seu grupo "nunca" fixo "unha causa xeral contra a minería", antes de amosar unhas fotografías coas que se preguntou "como alguén pode dicir que non hai problemas ambientais aquí", en referencia ás zonas de Touro afectadas polas devanditas sondaxes e ás imaxes que tamén facilita a plataforma veciñal. Pola súa banda, Pancho Casal, por En Marea, referiuse tamén ás presuntas irregularidades para asegurar que "a lei non se está cumprindo no inicio do proxecto", con "prospeccións" das que "segundo o alcalde el non sabe nada". Son xa 18 os concellos, xunto á Deputación da Coruña, os que aprobaron mocións contrarias á apertura da mina de Touro e O Pino A plataforma, ademais, lembra que xa son 18 concellos (e tamén a Deputación da Coruña) os que "aprobaron en pleno mocións contrarias á apertura da mina de Touro e O Pino". Na última incorporación a esta lista, o Concello de Padrón, todos os grupos con representación na corporación municipal decidiron de xeito unánime solicitarlle á Xunta de Galicia a denegación da reapertura da actividade mineira e que obrigue aos titulares da concesión a restaurar os solos e as augas, subterráneas e superficiais, contaminadas pola anterior actividade mineira. |
NOS_9693 | Máis un número do semanario na rúa coas instalacións deportivas construídas por Rafael Louzán (PP) desde a Deputación de Pontevedra como tema central. Á venda xa na nosa loxa. | Esta semana o Sermos Galiza sae do prelo coa ollada posta na grande pelotada dos campos de fútbol impulsada polo ex-presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (PP) arredor das obras e infraestruturas deportivas construídas durante os últimos anos. O paradigma da relación entre a política e o fútbol que beneficiou empresas como Covsa, receptoras de ducias de adxudicacións. Un modelo, o de Louzán, que está a ser investigado por presuntos casos de corrupción. Asemade, falamos da situación que atinxe as mulleres en prostitución ou vítimas de trata na Galiza. No noso país esta é unha forma de violencia de xénero de acordo coa Lei de prevención e tratamento integral aprobada en 2007. Porén, as mulleres, na súa maior parte migrantes, fican excluídas do sistema pública e sen alternativas. Nas páxinas de Política conversamos co alcalde de Lalín, Rafael Cuíña (Compromiso por Galicia). Con el valoramos o contexto político-electoral actual, o futuro do nacionalismo e as posibilidades de derrotar o PP nos próximos comicios. Aliás, analizamos o futuro de Feijóo após anunciar que recuncará, por terceira vez, como candidato á Xunta e o do PSdeG, á beira dunhas eleccións primarias para escoller a súa Secretaría Xeral logo da saída de Besteiro. Na sección de Economía repasamos a política de Feijóo após sete anos ao mando da Xunta. Un período no que Galiza sufriu economicamente unha devastación, algo que non explica só o impacto da crise mundial. O naval, a demografía, o sector eólico, a desaparición das entidades financeiras galegas ou a crise que atinxe ao sector primario son algúns dos eixos da análise. En Cultura damos a coñecer o heroe galego de ficción que foi best-seller en toda Europa no século XV. O nobre Ponto, rei da Galiza e da Bretaña. Revisitamos a Orwell na crítica de cinema con Lagosta / The Lobster. Tamén viaxamos ao Pozo de Fumes na comarca do Ribeiro da man do colectivo Xea e fechamos coa Selfie-entrevista de Manolo Gago. Todo isto e moito máis no número 190 á venda xa na nosa loxa e a partir da quinta feira nos puntos de venda habituais. |
PRAZA_13788 | A cidadanía secunda masivamente as protestas unitarias convocadas por CIG, CCOO e UGT para rexeitar o paquete de retalladas do Goberno central en multitudinarias manifestacións que superan todas as expectativas e nas que a xente pide a "dimisión" do Goberno. Os sindicatos falan de 350.000 persoas en toda Galicia. | Golpe cidadán aos recortes de Rajoy. Milleiros de persoas, moitos miles, saíron na tarde deste xoves á rúa para protestar contra o novo paquete de axustes aprobado polo Consello de Ministros a pasada semana e convalidado esta mañá polo Congreso co único apoio do PP. Porque os populares están sós. Na Cámara e tamén na rúa, onde unha marea humana demostrou estar farta de que sexa o pobo quen pague as consecuencias dunha crise que está a levar por diante unha morea de dereitos sociais e laborais conseguidos hai xa anos. E o pobo saíu á rúa xunto, sen fisuras. A unidade sindical acordada polas tres grandes centrais galegas -CCOO, UGT e CIG- contribuíu tamén á unidade da xente e de todo tipo de colectivos que se ven afectados por uns axustes que afogan a sociedade mentres afrouxan a banca ou deixan sen consecuencias os poderosos. Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen. Ese foi o lema elixido para as manifestacións unitarias en Galicia, que celebrou a súa marcha central na Coruña. As rúas pediron a "dimisión" do Goberno e insistiron en reclamar unha "folga xeral" Na Coruña, pero tamén en Vigo, en Ferrol, en Compostela... En todas as urbes e vilas galegas escoitáronse berros pedindo a "dimisión" do Goberno e a convocatoria dunha "folga xeral". "Mans arriba, isto é un atraco". Ese foi outra das consignas máis escoitadas por unhas rúas ateigadas como poucas veces se recorda. Ateigadas de mozos -moitos mozos- e xente de calquera tipo e condición rodeados de símbolos e bandeiras dos principais sindicatos, pero tamén de numerosos colectivos e outras centrais como USO ou CSIF. "A culpa de quen é?", preguntábanse os milleiros de cidadáns. "Do Goberno do PP", contestaban os que, como no caso da capital herculina, detivéronse moitos minutos diante da sede do partido conservador para expresarlle o seu rexeitamento con toda clase de consignas. As cifras de participación en Galicia volveron superar as expectativas; os sindicatos falan de 350.000 manifestantes Os primeiros cálculos falan xa de manifestacións históricas no país. Os sindicatos cifran a participación en Galicia nas 350.000 persoas, uns números nada estraños se se teñen en conta as panorámica das marchas. Unhas 40.000 persoas disque en Ferrol, unhas 70.000 na Coruña (50.000 segundo a Policía) ou unhas 110.000 en Vigo. O país volveu ser vangarda no seguimento das protestas, aínda que outros puntos do Estado demostraron tamén o rexeitamento ás políticas do PP, como en Madrid, Barcelona, Sevilla ou Valencia. Na protesta da Coruña, a onde asistiron os secretarios xerais de CCOO, UGT e CIG, tamén se puideron ver gran cantidade de líderes políticos galegos, como o candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, o secretario xeral dos socialistas, Pachi Vázquez, o ex ministro Caamaño ou a coordinadora xeral de Esquerda Unida, Yolanda Díaz. Xuntos, aínda que non revoltos, nunha marcha que superou calquera expectativa. Unidade nos discursos dos líderes sindicais Nas intervencións dos líderes sindicais, todos eles coincidiron en denunciar "a fraude" das medidas do Goberno ao que advertiron que a masiva mobilización na rúa é unha das "consecuencias". "A súa receita é a base de mentiras e desprezos aos traballadores, é un roubo ao pobo que fan con cinismo e desvergonza", asegurou Suso Seixo, secretario xeral da CIG, que insistiu en que "é mentira dicir que non hai alternativa" para a continuación enumerar algunhas. "Subir os impostos aos ricos, ás grandes empresas e aos banqueiros; perseguir a fraude fiscal; reducir gastos militares ou retirar as axudas á Igrexa e facerlle pagar impostos", dixo. "E que controlen os cartos dos cepillos da Catedral", engadiu en referencia ao roubo do Códice Calixtino, o mesmo que en Santiago inspiraba pancartas propoñendo a "Manolo, o electricista", como un presidente máis axeitado que Rajoy. A CIG aposta claramente pola convocatoria dunha folga xeral "canto antes, se pode ser en setembro" "Os empregados públicos non son os culpables da crise", engadiu Seixo, que criticou o desmantelamento dos servizos públicos que pretende o PP e apostou por "unha mobilización constante" de aquí en diante, pero tamén -e claramente- pola convocatoria dunha folga xeral. "E canto antes mellor, se pode ser, en setembro", berrou, acompañado polos cánticos que solicitaban ese paro. Non reclamaron a folga xeral os outros dous líderes sindicais, pero si foron igual de contundentes nas súas proclamas contra un Goberno de "crápulas". Xosé Manuel Sánchez Aguión, líder de CCOO-Galicia, culpou o Executivo do que virá: "Máis paro, máis recesión e miles de desempregados". "Rajoy, Feijóo e os seus cómplices, como a CEOE, aproveitan a crise para destruír os servizos públicos e desmantelar o Estado de Benestar", engadiu, tras criticar que o presidente da Xunta "escape do país viaxando a América como un senvergoña", nunha crítica na que coincidiron o resto de centrais. "Está agochado", censuraron. Todos os sindicatos censuraron a Feijóo e criticaron que "escape" do país na situación actual Do mesmo xeito, os líderes sindicais advertiron de que os recortes de Rajoy non responden a unha opción económica ou política, senón "ideolóxica" e insistiron e reclamar unha maior mobilización nos vindeiros meses. José Antonio Gómez, secretario xeral de UGT-Galicia, denunciou tamén a "maioría absoluta fraudulenta" do PP, ao que acusou de gobernar a base de "mentiras" e de "enganar" co seu programa electoral. "A culpa non é só dos socios da UE, senón da incompetencia dos nosos gobernantes, na Xunta e en Madrid", aclarou. A xente está farta. Familias, nenos, mozos, estudantes, funcionarios, obreiros, autónomos... Moitos miles contra as últimas medidas de axuste, que semellan unicamente a pinga que rebordou o vaso da paciencia cidadá. A diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses, o incremento do IVE, a supresión da paga extra de Nadal aos empregados públicos, a delimitación da prestación de servizos por parte dos concellos, a liberalización do sector servizos, a privatización do transporte ou a flexibilización dos horarios comerciais... Son só as últimas decisións dun Executivo que ve como segue medrando a prima de risco, o paro e a desesperanza dunha cidadanía que demostrou estar farta. Moi farta. Advertiullo a oposición política a un PP que segue teimando nuns recortes que o mesmo presidente do Goberno asume que non terán efecto ningún a curto prazo. O desemprego apunta a unha suba espectacular tras o verán e os mercados non dan tregua. E a rúa, como levaba avisando desde hai tempo, estoupou contra o que considera "unha estafa". Fíxoo mesmo superando as expectativas das centrais sindicais convocantes, que en boa parte das marchas celebradas en Galicia non eran quen de estimar a afluencia de persoas. Mostra disto é, por exemplo, o cambio de emprazamento do remate da marcha de Santiago. O acto final fóra inicialmente concibido para unha praza de inferiores dimensións, pero a marea de xente trasladou a protesta a un ateigado Obradoiro. |
PRAZA_13683 | Sentín unha profunda vergonza, e falo en serio, escoitando os discursos de Feijoo, o representante eclesiástico (Gelmírez, creo que lle chaman) e Rajoy, na radio, durante o acto de devolución do Códice. Vergonza. Indignación. Lástima. Ridículo polo comportamento alleo...todo un mollo de sentimentos feos. De feito, sentinme insultado polo que saiu das súas bocas, pola posta en escea, por todo o que entre liñas se podía sentir. | Sentín unha profunda vergonza, e falo en serio, escoitando os discursos de Feijoo, o representante eclesiástico (Gelmírez, creo que lle chaman) e Rajoy, na radio, durante o acto de devolución do Códice. Vergonza. Indignación. Lástima. Ridículo polo comportamento alleo...todo un mollo de sentimentos feos. De feito, sentinme insultado polo que saiu das súas bocas, pola posta en escea, por todo o que entre liñas se podía sentir. E digo todo isto, e dígoo dende unha fonda amargura e fuxindo de toda impostación ou retranca, non polo absurdo e intolerable que me parce montar un acto de estado para algo así, senón, sobre todo, polos discursos, as palabras, os silencios, as intencións. Verbas que magoan pois dáse por feito que os que nos representan falan por nós, no noso nome, expresando o noso sentir. Cando menos na teoría é así. E por iso, se as máis altas autoridades polìticas din parvadas, tendo a pensar que tal acontece porque son parvos (non o creo) ou porque nos toman por parvos (créoo sinceramente). Nunca escoitei a Feijoo laiarse polo, sen dúbida, evidente secuestro de parte da nosa alma cada vez que o galego é maltratado, cada vez que se perden falantes, cada vez que unha editorial, unha produtora de cine, unha empresa cultural galega, bota o peche Fun seguindo o acto, como digo, pola radio, conducindo dende Valladolid a Vigo despois de dous días nos que escoitei da boca dalgúns nativos ese novo mantra da dereita que reza que hai que suprimir as autonomías e centralizaoo todo de novo nas mans do estado. Xa sabedes: para aforrar. E entrando na terra, deixando a sequidade mesetaria atrás, chéganme as verbas do presidente da Xunta, celebrando o retorno do Códice e dicindo que, durante o ano da súa ausencia, "parte da alma dos galegos estivo secuestrada". Esa frase magooume, feriume intensamente. Doeu, precisamente, na alma. Porque, ata onde eu me lembro, nunca escoitei a Feijoo laiarse polo, sen dúbida, evidente secuestro de parte da nosa alma cada vez que o galego é maltratado, cada vez que se perden falantes, cada vez que unha editorial, unha produtora de cine, unha empresa cultural galega, bota o peche. Eu non sei, nin ganas teño de sabelo, se o Códice ten algo que ver con iso que o presidente da Xunta chamou "alma galega". Máis do que non teño dúbidas é de que se hai algo que é propiamente galego, algo que nos define, nos singulariza e nos fai ser, iso, humanos con alma galega, tal cousa é o idioma. E non escoitei aínda unha soa declaración institucional por parte da principal autoridade política deste país, sobre o asunto. E sentín vergonza ao escoitar ao presidente de España dedicando o seu tempo a tal verbena E a miña alma galega séntese secuestrada por esa ausencia de discurso presidencial. E sentín vergonza ao escoitar ao presidente de España dedicando o seu tempo a tal verbena, e ofrecéndose para colaborar no que sexa co arzobispado (que el pronunciou, unha morea de veces, arzobispao). E á miña alma galega entráballe ganas de dar a volta e emigrar E vergonza deume o representante da igrexa, cando, sen dúbida falando dende a súa alma vaticana, describe o que sentiu durante o ano de ausencia do libro e fala de "desazón, dor e sufrimento". E de novo e a pesar de non ser eu católico magoáronme as súas verbas, pois axiña lembrei que nunca colleron o micro para falar da dor que lles produce a pobreza, a desazón que lles causa a morte das mulleres pola violencia machista, ou o sufrimento que lles provoca o paro, os recortes sociais ou a pederastia. Entrei en Galicia escoitando todos estes. E á miña alma galega entráballe ganas de dar a volta e emigrar. |
NOS_33621 | Na véspera do comezo da carreira eleitoral, a candidata do BNG, nun almorzo cos meios, anuncia que a formación soberanista quer investigar desde o goberno a "fraude" da venda das caixas galegas. | A apenas 24 horas do comezo da contenda eleitoral que nos levará ao 25S, a candidata do BNG quixo trasladar á imprensa as súas reflexións sobre como foi a precampaña e sobre como presume que irá a campaña. Pontón enfatizou que "estamos nunha campaña galega" e que, portanto, nela non debería estar en xogo o futuro dos líderes políticos estatais, de Rajoy a Sánchez pasando por Iglesias e Rivera. A cousa iría, portanto, de abrir un "tempo novo" para Galiza e non de ver quen sae mellor parado "nunha competición de estrelas convidadas ou estreladas". A candidata da formación soberanista invocou un dos mantras da campaña, o de o BNG ter "experiencia, solvencia e seriedade" para materializar o cambio que precisa Galiza, en alusión ao balanzo de goberno que apresentan as equipas de goberno nacionalistas nos concellos -e agora nas deputacións- do país. A solución aos problemas da Galiza non pasaría nen pola continuidade de Feijóo nen pola aposta en "experimentos e improvisacións", dixo Pontón en clara alusión a En Marea e, aliás, o que si lle conviría ao país sería pular por que unha forza propria do país e con xa percorrido na xestión pública sexa "a chave" para o futuro goberno galego aspirar a obter "máis poder político para Galiza e máis autogoberno para xerar emprego, benestar e mellores servizos públicos". Investigación Pontón aproveitou o encontro coas xornalistas para anunciar o compromiso do BNG de impulsar na próxima lexislatura a investigación do que cualificou como "fraude" na venda das caixas galegas. A portavoz nacional fixo este anuncio após trascender esta cuarta feira que o Estado xa dá por perdidos os 8.000 millóns de euros investidos no saneamento das caixas galegas. A fraude estaría precisamente en que despois de inxectar nelas esa cantidade o Estado tería vendido estas entidades, que controlan no mínimo o 50% do aforro galego, por apenas 1.000 millóns de euros a un banqueiro venezuelano. Os responsábeis políticos desta operación teñen de dar explicacións. "Hai unha débeda coa verdade", dixo Pontón. |
PRAZA_1325 | Defendo, de novo, que o BNG participe nunha candidatura galega unitaria, aberta a nacionalistas e non nacionalistas, para que o noso país teña voz propia no Parlamento estatal. Seica non foi posíbel nas europeas. Sei que tampouco houbo vontade de facelo nas municipais. E, porén, felizmente, houbo quen con todo dereito ocupou o espazo que o BNG deixou libre. | Non. Non vou ser orixinal. Defendo, de novo, que o BNG participe nunha candidatura galega unitaria, aberta a nacionalistas e non nacionalistas, para que o noso país teña voz propia no Parlamento estatal. Seica non foi posíbel nas europeas. Sei que tampouco houbo vontade de facelo nas municipais. E, porén, felizmente, houbo quen con todo dereito ocupou o espazo que o BNG deixou libre. Por iso agora, ademais dos alcaldes e alcaldesas do BNG, contamos con alcaldes nacionalistas na Coruña e en Santiago e con centos de concelleiros e concelleiras, tamén nacionalistas, elixidos en candidaturas diversas. Defendo, de novo, que o BNG participe nunha candidatura galega unitaria, aberta a nacionalistas e non nacionalistas, para que o noso país teña voz propia no Parlamento estatal As cousas mudaron en Galiza. E mudaron para ben. E teño para min que desta volta as cousas tamén poden mudar no BNG. Agora todos coincidimos no diagnóstico – sen unidade Galiza ficará sen voz propia en Madrid – aínda que propoñamos tratamentos diferentes. As cousas mudaron en Galiza. E mudaron para ben. E teño para min que desta volta as cousas tamén poden mudar no BNG Con efeito, algúns compañeiras e compañeiros, lexitimamente, consideran que o BNG debe continuar a camiñar en solitario e perseverar na denominada liña de Amio. Asumen que iso pode supor ficar sen representación institucional, como en Vigo ou en Ourense, mais xulgan que paga a pena correr ese risco, que as enerxías deben concentrarse na mobilización social e que, enfin, unha forza como o BNG non pode aspirar máis que a representar a un 10% do electorado. Tal é, ao cabo, a porcentaxe que obteñen as organizacións coas que estes compañeiros queren homologar o Bloque. Estamos certos de que só así será posíbel derrotar ao PP e pór á fronte do país un goberno de esquerda e, tamén, nacionalista Outros e outras, entre os que me conto, queremos que o BNG faga parte dunha candidatura unitaria que nos permita conformar un grupo parlamentar galego nas Cortes españolas. Apostamos porque este esforzo mancomunado poida ter continuidade nas eleccións autonómicas de 2016. Estamos certos de que só así será posíbel derrotar ao PP e pór á fronte do país un goberno de esquerda e, tamén, nacionalista. E pensamos que a mobilización cidadá, indispensábel, precisa de presenza e de forza institucional para que o cambio que arelamos sexa posíbel. De resto, un movemento nacionalista que defenda de forma consecuente o dereito a decidir non pode conformarse con representar a unha minoría. En definitiva, nin o BNG pode facelo en solitario nin tampouco ninguén poderá facelo sen o BNG. Da súa decisión, do camiño que escollan, depende o futuro do nacionalismo e o futuro do país. Xa non caben medias tintas. Ou avanzar con Galiza ou ficar á marxe Este é o debate no seo do BNG. É posíbel que estas dúas posturas sexan minoritarias e que, no medio das dúas, sexan maioría os e as que aínda dubidan. Súa é, pois, a responsabilidade. Da súa decisión, do camiño que escollan, depende o futuro do nacionalismo e o futuro do país. Xa non caben medias tintas. Ou avanzar con Galiza ou ficar á marxe, á espera de incertos tempos mellores, do movemento de cambio que atravesa o país. É tempo de escoller. |
NOS_5137 | O presidente defende a xestión nesta lexislatura do goberno de Rajoy para con Galiza, "somos españois", e carga contra o bipartito, o proceso catalán e Zapatero. | "Se algún día Feijóo resposta no Parlamento ao caso do que se lle pregunta haberá que botar foguetes". A reflexión de corredor dun parlamentar da oposición volveu coller sentido na sesión de control ao presidente desta cuarta feira. Facendo honra a algo que lle reprocha a oposición, Feijóo converteu cada unha das preguntas sobre a súa xestión nunha contra-pregunta ao interpelante e nunha resposta sen nada a ver co que se inquire. Méndez Romeu (PsdeG) preguntou sobre a estratexia económica do goberno e Feijóo respondeu criticando a xestión socialista. Francisco Jorquera (BNG) escoitou como lle acusaban de "estar con Bildu e ERC e non con Galiza" e mesmo foi case que reprendido por non preguntar polos orzamentos de Zapatero. O nacionalista limitárase a preguntar a Feijóo polo balanzo que fai desta lexislatura do goberno de Rajoy para con Galiza. E Yolanda Díaz (AGE) foi acusada de estar interesada na "destrución masiva de todos os servizos públicos" como resposta á súa pregunta sobre a xestión do executivo en Sanidade. O presidente defendeu na sesión que en Galiza a economía medra máis que en Alemaña, Italia ou Francia, engadindo que "as nosas empresas exportan máis que nunca na historia". Tamén defendeu a xestión do goberno de Rajoy para con Galiza, agradecéndolle que "crea na igualdade de galegos e cataláns", e repetindo que nestes anos investiu no noso país 5.000 millóns de euros. "Preferiu obedecer a Rajoy que defender os intereses de Galiza", reprochoulle Jorquera, citando sectores como o naval, o agro ou a pesca, prexudicados por decisións do Estado. "Temos un autogoberno que non ten Catalunya", retrucoulle Feijóo, que tamén acusou o BNG de apoiar a Zapatero, outro dos recursos habituais do presidente nas respostas. Perante as críticas de Yolanda Díaz, "grazas ao PP, en Galiza a sanidade xa non é universal", o mandatario respondeu que a AGE lle interesaba era a "destrución masiva de todos os servizos públicos". |
NOS_29758 | En favor de Ciudadanos e de que se abra a vía sucesoria no PP. | Dos rotativos mainstream El País foi o único que lle deu algo de ar á reunión conxunta de Ciudadanos e Podemos para reformar a Lei Eleitoral (unha mudanza que beneficiaría máis os de Rivera que os de Iglesias). A deriva do diario de PRISA a prol de Cs é con toda probabilidade a maior mudanza producida no taboleiro político do Estado nos últimos anos. Ferraz séntese orfa. Por vez primeira desde 1976 -ano en que un grupo de accionistas basicamente de direita (e algúns como Fraga ou Areilza con vínculos directos coa ditadura) criaron El País-, o PSOE carece do apoio directo do xornal con maior capacidade de criación de opinión do Estado. O divorcio co grupo de comunicación propietario tamén da cadena SER acabou de se materializar cando as bases do partido socialista devolveron á secretaría xeral a Pedro Sánchez, a derrotar así a candidatura de Susana Díaz, a opción pola que pulaba Felipe González, amigo íntimo do aínda primeiro executivo de PRISA, Juan Luis Cebrián. Estes últimos días a aposta de PRISA por Cs ficou especialmente patente. Após o CIS arrefriar as expectativas do partido laranxa -embora rexistar un espectacular incremento a respeito das eleccións xerais de 2016, o instituto público manteno aínda por debaixo de PP e PSOE-, El País publicou esta sexta feira un inquérito de Metroscopia en que coloca a formación liderada por Rivera comodamente instalada na primeira posición do podio eleitoral. Non é primeira sondaxe que oferece un resultado destas características, mais si é a que concede unha maior vantaxe a Cs a respeito da segunda forza, neste caso o PP. En concreto, o traballo demoscópico outorga a Ciudadanos 28,3 por cento dos sufraxios face 21,9 do PP, 20,1 por cento do PSOE e 16,8 de Unidos Podemos e as confluencias. Estaríamos perante un envorcamento radical do taboleiro. E talvez cara ao primeiro paso da macronización da política española, o afundimento dos partidos tradicionais do bipartidismo e o ascenso á cimeira dun líder, Albert Rivera, que non agacha a súa admiración polo presidente da República francesa. Mais a liña de PRISA non é só a de favorecer as expectativas de Ciudadanos -formación que nas últimas datas caeu en desgraza perante os ollos de cabeceiras como ABC ou La Voz de Galicia, cada vez máis aliñadas co Partido Popular-, senón tamén a de sinalar Rajoy como un lastre para a formación conservadora. Nesa dirección explícasen os dados, tamén de Metroscopia, que fixo públicos El País este sábado. Segundo eles, 62 por cento do eleitorado do PP é partidario da saída de Rajoy do primeiro plano da escena política, percentaxe que se eleva até 85 por cento cando a pergunta se realiza ao conxunto do eleitorado. A xogada combinada sería, pois, orientar a opinión pública cara a Cs e alentar o debate sucesorio no PP. E, mentres tanto, sen novidade na batalla de Catalunya. Aí non hai disensións e a liña é idéntica entre PRISA e os meios conservadores que aínda manteñen lealdade a Génova e a Rajoy. |
NOS_55751 | Este domingo conclúe o prazo de presentación de ofertas e hai confianza en que polo menos cinco compañías se interesen polo estaleiro vigués. A Xunta, pola súa parte, prometeu "formar parte da solución", mais reclama carga de traballo ao tempo que insta ao Goberno español a actuar. | Coa chegada do fin do prazo das ofertas para a compra do estaleiro Hijos de J. Barreras, o presidente do comité de empresa, Sergio Gálvez, demanda que se escolla unha compradora con plan industrial "de futuro" que traía aparellado "carga de traballo". Malia que distintas voces próximas á operación destacaban na sexta feira que estaba previsto que polo menos cinco empresas amosasen o seu interese pola factoría con ofertas vinculantes, Gálvez asegura que os sindicatos "non saben nada" sobre o proceso. Entenden que "ten que haber unha discreción", pero confían en que se "concrete algo a semana que vén". No entanto, o feche do proceso podería tardar "dous ou tres meses". En todo caso, desde o comité se insiste en que é importante que a oferta vencedora "teña en conta tanto o mantemento do persoal como unha formulación industrial de futuro", porque "é o que todos desexan". Espérase que entre os posíbeis compradores se atopen firmas como Estaleiros San Enrique, Estaleiros Armón ou Estaleiros Gondán, todos eles con instalacións en Vigo e en Asturies. Compromiso do Goberno galego Neste contexto, a Xunta prometeu ser "parte da solución" para Barreras. Así o dixo o vicepresidente segundo e responsábel de Economía, Francisco Conde, nunha entrevista radiofónica. Subliñou que é básico garantir a actividade neste estaleiro, tanto para conservar o cadro de persoal como para manter o traballo "na industria auxiliar". Así mesmo, o representante do Goberno galego lembrou que a situación da factoría olívica "tampouco debe embazar o bo traballo que se fai desde o sector na Galiza". |
NOS_7185 | A serie, de oito capítulos, percorrerá a vida do fundador de Inditex desde as súas orixes ata converterse nun dos empresarios máis relevantes do mundo | Amazon Prime Vídeo prepara unha serie sobre a vida de Amancio Ortega baseada na biografía escrita por Covadonga O'Shea. A obra, producida por Ficción Producciones, coa participación da Compañía de Radio-Televisión da Galiza (CRTVG) e da FORTA, constará de oito episodios e percorrerá a vida do fundador de Inditex desde as súas orixes até converterse nun dos empresarios máis relevantes do mundo. A ficción, aínda sen título oficial, terá guión da ex ministra de Cultura e premio Goya, Ángeles González-Sinde, xunto con Marisol Ferrer, Mercedes Cruz e Daniela Fejerman, e estará dirixida por Norberto López-Amado. Está por ver se a 'biopic' de Ortega contará os aspectos máis escuros do seu imperio, como a represión sindical, a deslocalización empresarial, a precariedade laboral ou a evasión fiscal, entre outros. |
NOS_88 | O eucalipto non é a única árbore que chegou de Australia. As mimosas botan unhas das primeiras flores que se poden ver noano. Esta árbore, que viste cada vez máis montes galegos, é unha especie invasora. Trátase dunha das seis variedades de acacias que hai na Galiza e que supoñen unha ameza para a biodiversidade. Ademais diso, nas súas follas atopáronse insectos exóticos que poden transmitir enfermidades a cultivos como as vides ou as oliveiras. | O ano camiña lixeiro cara á primavera. A flor amarela das mimosas son a antesala do que está por vir. O seu arrecendo acompaña os primeiros raios de sol que quentan a terra enxugada. A pesar da súa aparencia e olor, as mimosas son unha árbore perigosa. É unha especie de acacia que, xunto con outras variantes da mesma, se estendeu por case toda Galiza. É altamente invasora e reprodúcese con enorme facilidade. Ademais diso, canda ela viaxan insectos exóticos que poden transmitir enfermidades a outros cultivos, como son as vides ou oliveiras.As acacias pertencen á familia Fabaceae e, ao igual que o eucalipto, son nativas de Australia. Hoxe en día, na Galiza atópanse até seis variedades desta especie que figura no Catálogo de Especies Exóticas Invasoras. Unha das máis estendidas é a coñecida como mimosa (Acacia dealbata), que chegou principalmente a través de dúas vías. "Unha delas é a ornamental e a outra é, como ocorre no caso do Ribeiro, polo seu uso para as vides", explica Ramsés Pérez, coordinador de educación ambiental de Adega. As pequenas plantacións de mimosas na comarca do Ribeiro fixéronse para extraer varas fortes e duras. "Cando se abandona o rural, estas árbores deixan de ter o uso que tiñan e acaban estendéndose", di Pérez. Unha das principais características das acacias é a súa elevada taxa de reprodución. "Cando hai degradacións de terra é cando se estenden, aproveitan as creacións de infraestruturas, como foi o caso da vía rápida do Morrazo, ou os incendios", sinala Pérez. Son plantas pirófitas. Nas zonas queimadas, se hai acacias próximas, as súas sementes xerminan mellor. Ao arder os resto de árbores, non teñen quen lles faga sombra e aproveitan ben a luz que lles chega. O investigador da Universidade de Vigo, Jonatan Rodríguez, realizou diversos estudos sobre esta especie invasora en colaboración con universidades portuguesas. Un deles é referido aos lugares onde medra. Sabíase que os terreos degradados son idóneos para a súa expansión. Na investigación, Rodríguez partía de preguntarse que acontecía nos espazos onde non hai ningunha perturbación na terra. "Fixemos medicións durante dous anos e comparamos o crecemento das mimosas en dous ecosistemas: as matogueiras e os piñeirais. Vimos que, nestes últimos, medran máis porque hai maior posibilidade de que pase luz entre os piñeiros", explica Rodríguez. Pola contra, nas matogueiras, as capas densas de toxos e xestas non deixan entrar a luz e as mimosas ven reducida a súa dispersión. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
PRAZA_7402 | A Xunta diminúe en 3,2 millóns as súas transferencias correntes ao organismo que prevé pechar dende 2010 mentres estima que as dos concellos aumenten en máis de 2 millóns | O 2 de xullo de 2010 a asemblea xeral do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar determinaba, cos votos da Xunta e dos concellos do PP, a "disolución" deste organismo creado en tempos do bipartito e a súa "integración" na futura Axencia Galega de Servizos Sociais. Por terceiro ano consecutivo os Orzamentos da Xunta para 2013 volven recoller esa previsión de peche, se ben seguen a reflectir as cifras coas que o ente integrado polo Goberno galego e 272 concellos funcionará durante todo un ano. Destes números é posible tirar diversas conclusións, entre elas que diminúe o peso dos cartos da Xunta no funcionamento ordinario do Consorcio mentres que sobe a importancia dos gobernos locais e tamén a dos cartos que saen do peto das persoas usuarias de servizos como centros de maiores, centros de día ou escolas infantís. Unha ollada aos documentos orzamentarios entregados no Parlamento pola Consellería de Facenda a finais de 2011 e de 2012 permite observar que, malia á prevista disolución, o montante total de cartos que o Consorcio prevé ingresar sobe en case 4 millóns de euros, case os mesmos que prevía perder hai un ano. Así, para o exercicio económico que vén de rematar contaba con dispoñer de 60,4 millóns de euros e agora orzamenta un total de 64,4. Non obstante, hai diversas variacións nas achegas que conforman esa cantidade global. Así, a principal partida procedente da Xunta, as transferencias correntes, perde algo máis de 3 millóns, ao pasar de 41,9 en 2012 a 38,7 en 2013. Mentres, o orzamento prevé recibir unhas transferencias correntes das entidades locais por importe de 10,3 millóns, partida que en 2012 quedaba en 8,4 millóns. As transferencias correntes da Xunta ao Consorcio pasan de 41,9 a 38,7 millóns de euros Despois dun ano no que o Executivo autonómico tomou decisións como incrementar as tarifas das escolas infantís -a rede Galiña Azul- e mentres o Goberno central diminúe os fondos para a dependencia, estas operacións semellan ter xa o seu reflexo orzamentario. Así, o Consorcio estima que os seus ingresos por "taxas e prezos públicos", isto é, os pagamentos que realizan directamente os usuarios e usuarias do sistema ou as súas familias, van subir 235.000 euros, convertendo os 8,4 millóns de euros de 2012 en 8,6 millóns. Neste contexto xeral de recortes resulta especialmente salientable o incremento dunha partida: a das transferencias de capital que o Consorcio recibe da Xunta, isto é, os cartos que lle achega o Goberno galego para realizar investimentos. Segundo as contas de 2013 a Administración Xeral da Comunidadde Autónoma achegaralle á entidade dependente de Benestar transferencias de capital por 6,6 millóns de euros. Segundo este mesmo documento, o organismo "estima" que recibiu 4,4 millóns por este mesmo concepto en 2012 e que tivo 3,4 millóns "reais" para investir procedentes da Xunta durante 2011. Non obstante, se os consultados son os orzamentos de 2012 obsérvase que daquela o Consorcio orzamentara só 930.000 euros de transferencias de capital da Xunta para 2012 e que "estimaba" que os fondos de 2011 quedaran en 5,9 millóns. Menos do 5% do persoal do Consorcio se dedica estritamente a traballo burocrático O Consorcio comeza a traballar con estas cifras nun ano no que prevé destinar 33,4 millóns de euros a gastos de persoal, uns 2 millóns menos que hai doce meses. Son as cantidades que se destinarán a pagar os salarios dun cadro de persoal que, segundo datos oficiais da Xunta, conta con 1.410 traballadores e traballadoras dos cales a maioría, 945, prestan servizos en escolas infantís. O resto distribúense entre a atención a persoas maiores (331), oficinas de I+B (49), os antigos centros Quérote (11) e un centro de atención a vítimas da violencia machista (8). A relación de postos de traballo do consorcio complétase con 57 persoas na oficina central e 9 na oficina técnica de obras, do cal se deduce que, malia ao afirmado pola Xunta ao inicio do primeiro mandato de Feijóo, menos do 5% do persoal se dedica estritamente a tarefas "burocráticas" e, polo tanto, a amplísima maioría dos traballadores e traballadoras realiza labor asistencial. |
QUEPASA_1054 | Os resultados preliminares sinalan que pode ser unha vía romana ou polo menos moi antiga, que alcanza en certos tramos os 5 metros de ancho | Brandomil é unha das máis que mellor simbolizan a riqueza histórica da nosa comarca. A súa ponte altomedieval, así como a cantida de restos romanos atopados polo lugar, ou o castro que leva o nome da aldea, son claros exemplos da súa importancia no mundo da arqueoloxía en Galicia. Durante moitos anos levan estudando a posible existencia dunha vía romana que pasaría por Brandomil, denominada Via XX per loca maritima no Itinerario de Antonino, que unía Braga con Lugo pola costa, até Brigantium (A Coruña). De feito, a veciñanza leva recuperado o Camiño Xabobeo por Brandomil nos últimos anos, que se pode convertir nun novo dinamizador turístico da zona. E toda esa historia parece que pode ser corroborada polas catas arqueolóxicas realizadas estas pasadas semanas, que veñén a confirmar a existencia dunha vía empedrada de gran tamaño pasando polo lugar. Unhas catas que promove o Concello de Zas a raíz de ver varias fotografías antigas e escotar o relato dos veciños máis maiores. E así parece que o recoñece o arqueólogo que lidera a excavación, Lino Gorgoso, se ben deixa claro que os resultados deste estudo sobre a cronoloxía da vía aínda non son concluíntes. Explica, despois de atopar restos de 5 tramos do camiño, que se trata dun camiño realizado con lousas encastradas a modo de "chapacuña" e con superficie alombada no centro, chegando a zonas de 5 metros de ancho, que mesmo conta con verteaugas en cada un dos seus laterais. Tamén atoparon tégulas romanas (tellas planas) sobre o lousado, parecen indicar a cronoloxía, pero aínda non hai pezas diagnósticas defintivas. Ás obras achegáronse Alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño Espasandín, e Eugenio Rodríguez Puentes, Arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia. |
NOS_17522 | Vén de se conmemorar o Día Internacional Contra a Discriminación Racial, mais este ano tamén tivo lugar o primeiro aniversario do colectivo Afrogalegas. Para conmemoralo, organizaron un encontro aberto co fin de compartir o traballo realizado ao longo destes meses e para poñer en valor a loita antirracista. Falamos con Tiffany López Ganet, unha integrante de Afrogalegas. | Como foi o encontro co que celebraron o ano de Afrogalegas? O encontro moi ben. Non sabiamos canta xente ía vir pero viñeron bastantes persoas. Sentímonos arroupadas e queridas e a xente agardaba que nós contaramos as nosas historias, como chegamos a Afrogalegas, o que significa… A impresión que nos deu é que imos por moi bo camiño, aínda que queda moito por deconstruír e traballa,r e por iso a existencia do noso colectivo ten todo o sentido. Cando comezou Afrogalegas esperaban chegar a celebrar o primeiro aniversario? Eu non formei parte do inicio. Hai un ano algunhas compañeiras, que por suposto seguen no proxecto, coñecéronse na representación da peza teatral No es país para negras de Silvia Albert e comezaron a ver a conexión que había: polas vivencias que compartían, debían unirse para falar de cousas que noutros espazos non podían. Coido que no inicio pensábase máis na idea de grupo de autocoidado, un espazo seguro para nós, que ao final é o que segue a ser Afrogalegas. Porque aínda que manteñan a idea de espazo seguro e autocoidados, si que teñen bastante repercusión en redes e medios. Hai que intentar manter as dúas cousas na balanza: non deixar de lado o que se pode requirir de nós noutros espazos, nesa idea de alianzas e o que se pode construír xuntas e xuntos, pero tamén mantendo algo que naceu para nós, para as mulleres negras racializadas que convivimos na Galiza. Aí entra o tema da dupla discriminación: por ser muller e por ser negra. Para min o máis interesante é que sen ter un coñecemento específico do feminismo negro e da loita racista e sen poder acceder a iso en toda a miña vida, aínda que xa comezamos a ter máis referentes aos que recorrer, naceu en todas nós só pola nosa vivencia ese activismo e as ganas de cambiar cousas. Por suposto, como mulleres somos conscientes do machismo que vivimos en todo o mundo, pero para min descubrir e entender o concepto de interseccionalidade acuñado por Kimberlé Williams Crenshaw foi fundamental. Non hai ningunha opresión que teña o peso principal e por iso Afrogalegas ten todo o sentido. Ademais, hai moita xente que non entende que unha muller negra poida ser galega. Hai un punto moi importante para nós que é a diversidade: a idea de falar de muller negra ou de afrogalega non pode levar á homoxeneizar a nosa realidade porque cada unha de nós viviu unha historia. Hai mulleres que migraron e traen con elas unha historia, unha procedencia e unha identidade doutro sitio, pero tamén hai outras, como é o meu caso, que somos mulleres negras pero que nacemos aquí. A miña lingua da casa é o galego e é a lingua coa que me sinto cómoda, pero é moi habitual que persoa coa que me encontro, persoa que me cambia ao castelán, fálame moi lento e pregúntame canto tempo levo aquí e se a entendo. Segue sorprendendo que haxa mulleres negras que nacesen aquí ou que polo que sexa chegasen aquí e decidisen que este é o seu sitio e que polo tanto son galegas. "Falar en galego é unha ferramenta máis de reivindicación porque chama moito a atención e é unha realidade que debería estar normalizada" E tamén hai unha discriminación cando elixe falar galego fronte ao castelán. Si. Eu por exemplo ás veces utilizo o castelán con amigas que non naceron na Galiza, pero dun tempo a esta parte doume de conta de que para min persoalmente falar en galego é unha ferramenta máis de reivindicación porque chama moito a atención e é unha realidade que debería estar normalizada. Aínda que xa utilizaba o galego, agora doume de conta do significado que ten. Volvendo ao colectivo, cales das súas reivindicacións destacaría? Un dos puntos máis importantes é a visbilización, que se visibilice a existencia de mulleres negras na Galiza, a nosa prensenza e a nosa realidade. Que se entenda que formamos parte de esta sociedade. Ademais, tamén traballamos a deconstrución a dúas escalas: con nós mesmas, porque tamén estamos criadas nunha sociedade racista; e coa sociedade, porque temos que deconstruír eses preconceptos negativos vinculados á realidade das persoas negras e, en especial, das mulleres negras. Entramos no tema de quen di que non é racista porque non exerce unha violencia física cara a unha persoa racializada. Claro, o máis importante é iso. Moitas veces hai xente que se xustifica no feito de que ten familia negra ou amigos negros pero é que eu mesma son negra e son consciente de que podo ter comportamentos racistas. Hai que deixar de lado a idea de que o racismo é un acto de violencia cara a unha persoa concreta porque só é a punta do iceberg. O racismo para nós é unha estrutura, unha opresión a nivel institucional e a nivel social. O cambio ten que ser a todos os niveis. Cales son os proxectos nos que están traballando agora? Temos encontros non mixtos que ás veces a xente non acaba de entender moi ben, pero que é o noso espazo de autocoidado. Neses encontros compartimos as nosas vivencias, creamos lazos e moitas veces é difícil que outras persoas empaticen coas realidades que compartimos. Ademais tamén temos encontros mixtos como o do 21 de marzo co obxectivo de abrirnos cara ao resto da sociedade galega para tecer esta rede de alianzas e intentar compartir voces, debater e chegar a cousas interesantes. Eu espero que algunha vez cheguemos a non ter que falar disto, aínda que sexa algo moi utópico. Cales son as maiores dificultades que hai para eliminar a discriminación racial? Un dos puntos máis importantes posibelmente sexa a educación. Por moito que en paralelo nós esteamos traballando, bebemos duns contidos na nosa educación que non axudan moito: cando a historia de África se conta como se conta, cando a escravitude e a colonización se venden como se venden nos medios de comunicación… A dificultade é que esa información que se bebe dun lado non se atopa no outro e como si ou si temos que pasar por este sistema educativo coido que é un punto importante. Ademais tamén hai moitas limitacións a nivel institucional, porque o tratamento que fan das persoas migrantes e das persoas non brancas é o que provoca que a xente pense como pensa. Nota: de esquerda a dereita Tiffany, Zinthia, Claudibel, Mar, Ninfa e Jeane (Afrogalegas). |
NOS_3660 | Varios centos de persoas participaron na noite da segunda feira nas mobilizacións convocadas pola plataforma Galiza con Catalunya nas cidades galegas para amosaren o seu rexeitamento á sentenza do procés independentista catalán. | Ás 20 horas tiveron lugar nas cidades galegas, alén de Burela e Redondela, entre outras vilas, concentracións para protestar contra a sentenza do procés, que condena a 100 anos ás líderes independentistas catalás. Unha das mobilizacións máis numerosas decorreu en Compostela, na praza do Toural, así como na Coruña, diante da Subdelegación do Goberno español, onde as persoas concentradas berraron pola liberdade das presas e presos políticos con consignas como "Galiza e Catalunya solidariedade", "Estado español, Estado represor" ou "Democracia é liberdade". A Audiencia Nacional foi o albo dos protestos, que acusaron o alto tribunal de "fascista". "A democracia non é delito" e "A solución, autodeterminación" foron outras das proclamas que se escoitaron nas cidades galegas, onde se leu un manifesto que advertía de que a sentenza "estaba escrita desde hai meses" e que cualificaba de "farsa" o xuízo político. Nas mobilizacións participaron numerosos cargos institucionais e orgánicos do BNG e da CIG. Tamén tomaron parte representantes de Anova. Voos galegos afectados A mobilización cidadá que paralizou esta segunda feira o aeroporto barcelonés de El Prat tivo incidencia na Galiza. Dous voos con destino á Coruña e a Compostela foron cancelados polo movemento Tsunami Democràtic. En total, víronse afectados 67 voos que saían de Barcelona. Malia as cargas policiais contra as persoas que se manifestan no aeroporto, as mobilizacións pacíficas continúan a estas horas. |
NOS_31549 | O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acaba de anular os servizos mínimos decretados pola dirección da CRTVG nas folgas dos pasados 19 e 22 de decembro. A sentenza apóiase no "procedemento especial para a protección dos dereitos fundamentais da persoas". | O ditame, emitido este 25 de setembro pola sección 1 do Contencioso Administrativo do alto tribunal a raíz dun recurso do Comité Intercentros da compañía pública, invalida a resolución emitida pola dirección xeral da mesma o 11 de decembro "por ser contraria ao ordenamento xurídico, condenando á Administración demandada a estar e pasar por dita declaración". Atribúelle ademais os custos procesais. De presentar recurso, o ente público deberá facelo no Tribunal Supremo. O documento, redactado polo maxistrado Benigno López González, indica que "non resulta de recibo atribuír ao director xeral da CRTVG [Alfonso Sánchez Izquierdo] a competencia para concretar o persoal que debe permanecer e cubrir, durante os períodos de folga, os servizos mínimos en programas informativos". "Crebaríanse as naturais esixencias de neutralidade, obxectividade e imparcialidade que cabe agardar á autoridade gobernativa", engade. O texto lembra ademais que o director xeral "non pode adoptar unha decisión" ao respecto do "exercicio dun dereito constitucional" desde "unha perspectiva allea ás partes en conflito, precisa para estabelecer as medidas axeitadas que posibiliten harmonizar o dereito de folga e os servizos mínimos esenciais para a comunidade". Tamén refrenda o recurso da representación das traballadoras no que respecta aos servizos mínimos concretos esixidos no seu día e considera que "non consta unha motivación axeitada que xustifique a determinación dos efectivos que se fixa como servizos mínimos". Non é a o primeiro fallo xudicial por vulneración do dereito á folga. |
NOS_19048 | Nun momento como o que vivimos, de abandono dos referentes da modernidade musical e de conservadurismo rampante (tamén) no musical, o festival Resis da Coruña tivo o valente xesto de nos reconciliar coa Europa máis avanzada, dedicando unha boa parte do seu programa á obra de Xenakis. | O vindeiro 29 de maio faranse os cen anos do nacemento dun dos máis grandes compositores que deu o século XX, Iannis Xenakis, unha figura absolutamente fascinante e orixinal da historia da música contemporánea. Xenakis, nado en 1922 en Romanía, dentro dunha familia de orixe grega, comezou os seus estudos musicais preguntándose pola orixe e as relacións entre a música tradicional grega e a da Igrexa bizantina. Interrompeu os seus estudos en 1941, cando o exército nazi invadiu Grecia, para participar, primeiro, na Resistencia grega fronte aos alemáns e, despois, na guerra civil que se desencadeou no país tras a fin da ocupación. Interrompeu os seus estudos en 1941, cando o exército nazi invadiu Grecia, para participar, primeiro, na Resistencia grega fronte aos alemáns e, despois, na guerra civil que se desencadeou no país tras a fin da ocupación. Xenakis loitou como membro da compañía de estudantes Lord Byron do Exército de Liberación do Pobo Grego, até que un obús británico lle causou unha grave ferida que lle provocou a perda dun ollo e que lle desfigurou parte do rostro. O compositor logrou entón rematar os seus estudos,mais dentro do contexto do terror branco desatado polas forzas conservadoras, foi condenado a morte. Logrou escapar e estabelecerse en Francia, onde comezou a traballar como enxeñeiro no estudio de Le Corbusier. En Francia atopou un ambiente propicio para desenvolver as súas ideas e, despois de estudar con Olivier Messiaen -quen o animou a desenvolver a súa propia linguaxe-, converteuse nun pioneiro da aplicación da informática á escrita musical, revelándose como un dos compositores máis importantes da altura, ao construír unha estética absolutamente persoal e independente da escena académica. Xenakis afastouse do serialismo que imperaba no seu tempo (da man de Boulez e Stockhausen) por considerar que estaba nun punto morto, e centrou o seu traballo en crear complexas texturas tímbricas nas que cada instrumento esquiva o seu papel individual, para integrarse nun gran obxecto sonoro colectivo. Estas masas sonoras evitan o concepto de motivo melódico, e por iso se perciben como estáticas, como un único son complexo, malia seren o resultado dunha intensa actividade instrumental interna, que produce mudanzas graduais ou repentinas no seu timbre, rexistro e dinámica. Nun momento como o que vivimos, de abandono dos referentes da modernidade musical e de conservadurismo rampante (tamén) no musical, o festival Resis da Coruña tivo o valente xesto de nos reconciliar coa Europa máis avanzada, dedicando unha boa parte do seu programa á obra de Xenakis. Precisamente, o Arxis Percussion Group, unha nova formación de música contemporánea que nace ao abeiro do festival, debutou nesta edición coa estrea galega de Pléïades, quizais a máis importante peza para percusión do compositor. Xunto con outras pezas que se puideron escoitar no festival -como Akrata, para conxunto de vento, ou Aroura, para orquestra de cordas- demostraron que, malia a dificultade aparente das propostas de Xenakis, o tempo validou as súas formulacións até transformalas en referencias ineludíbeis. Ás veces, os programas están ateigados de títulos e autores, mais cómpre lembrar que o traballo de programación non é de acumulación, senón de selección. Recuperar Xenakis é unha alternativa intelixente e oportuna que posúe o valor engadido de transmitir un legado insubstituíbel para quen desexe convivir coa arte do seu tempo. |
NOS_10368 | Eduardo Torres-Dulce, fiscal xeral do Estado, anuncia que iniciará o procedemento para destituír o fiscal superior de Catalunya, Martín Rodríguez Sol, após posicionarse a favor da consulta pola independencia. Torres-Dulce, como todos os fiscais xerais do Estado, foi nomeado polo Goberno. | O fiscal xeral do Estado vén de abrir un expediente a Rodríguez Sol logo de que este asegurase que a consulta soberanista que pretende desenvolver a Generalitat é "lexítima". Neste senso, Torres-Dulce adiantou que iniciará o procedemento encamiñado a destituír o fiscal superior de Catalunya para o que reunirá ao Consello Fiscal. Nunha entrevista concedida á axencia de noticias Europa Press, Rodríguez Sol afirmaba que o referendo pola independencia era lexítimo habida conta que "ao pobo debe dárselle a posibilidade de expresar a súa vontade". Aliás, asegurou que perante a negativa de Madrid sería preciso procurar novas vías que permitisen a Catalunya decidir sobre o seu futuro político, entre elas, unha lei de consultas malia a recoñecer que esa competencia, até o momento, é exclusiva da administración española. Porén, após as súas declaracións o fiscal superior de Catalunya procurou rebaixar o ton das súas aseveracións e matizou que "respecta e acata" o actual marco normativo. |
PRAZA_12568 | O nacionalismo galego leva xa demasiados anos aturando que os que se consideran gardiáns das esencias, fagan un dano irreparable a un sentimento que moitos compartimos por este país, e que a sociedade cada día mira máis dende a indiferenza, pola marxinalidade de determinados comportamentos, que minan potenciais posibilidades de futuro político nesta terra. Nin o anteriormente coñecido como BNG representa a todo o nacionalismo, nin o galeguismo está disposto a que o identifiquen con esa trincheira política. | A Fragas do Eume representaron, nestes tráxicos días para o país, un akelarre ecolóxico inadmisible, cuxos culpables algún día serán condenados ao oitavo círculo do inferno, que tan ben describía Dante na Divina Comedia, onde moran os rufiáns e traidores. Durante o acto no Obradoiro ao que asistín, puiden comprobar unha vez máis como o anteriormente coñecido como BNG, teimaba por capitalizar o descontento de todos, inundando tan simbólico emprazamento de bandeiras partidarias Sempre observo este tipo de puñaladas na esencia do noso país, cun punto de curiosidade, ante a previsible resposta da caste política e adláteres, tentados de utilizar unha desgraza que afecta a todos, para buscar o bastardo rendemento partidario. A sociedade civil tivo a sabia iniciativa de convocar aos galegos a concentrarse nas nosas cidades, vilas e pobos, para protestar polo acontecido no paraíso do Eume, e pedir unha política axeitada de protección dos nosos espazos ecolóxico ademais de esixir responsabilidades pola xestión durante a crise incendiaria. Durante o acto no Obradoiro ao que asistín, puiden comprobar unha vez máis como o anteriormente coñecido como BNG, teimaba por capitalizar o descontento de todos, inundando tan simbólico emprazamento de bandeiras partidarias e proclamas tantas veces oídas, rancias nas formas e baleiras na mensaxe. O nacionalismo galego leva xa demasiados anos aturando que os que se consideran gardiáns das esencias, fagan un dano irreparable a un sentimento que moitos compartimos por este país, e que a sociedade cada día mira máis dende a indiferenza, pola marxinalidade de determinados comportamentos, que minan potenciais posibilidades de futuro político nesta terra. Nin o anteriormente coñecido como BNG representa a todo o nacionalismo, nin o galeguismo está disposto a que o identifiquen con esa trincheira política. Os que se pechan á posibilidade de chegar a toda a nosa sociedade, por crer que fóra de determinados parámetros so existen fascistas e renegados da Galiza, deben saber que para representar a alguén, o primeiro do que hai que ser capaz é de representarse a si mesmos Os que se pechan á posibilidade de chegar a toda a nosa sociedade, por crer que fóra de determinados parámetros so existen fascistas e renegados da Galiza, deben saber que para representar a alguén, o primeiro do que hai que ser capaz é de representarse a si mesmos. A algún pódeno acusar de ser un submarino para torpedear o nacionalismo bañado da pureza ideolóxica, cuxa alma mater vive baixo os efluvios dunha boa colección de zarzuela española, mais sempre será preferible mergullar na busca de posibilidades construtivas para o país, que ser un "bucanero" pagado por quen corresponda en cada momento, que dita sentenzas dende a impunidade que dá o ego desmedido e a ambición mal calculada. Que non sexa a nosa terra a que remate pagando coma sempre, polo pouco que demostran querela algúns dos seus fillos. Ou non? |
NOS_32177 | A maxistrada que imputou ao secretario xeral do PSdeG trasladou perante a Audiencia Provincial unha acusación por supostas presións por parte do actual letrado de Besteiro para que deixara o caso. | O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, negou calquera conexión coas supostas coaccións denunciadas pola xuíza Pilar de Lara, que instrúe o caso Garañón, no que está imputado. De Lara trasladou perante a Audiencia Provincial un correo electrónico onde o actual avogado de Besteiro, Cándido Conde-Pumpido Varela, tería presionado presuntamente á maxistrada para que deixara o caso. O líder socialista explicou que Conde-Pumpido, fillo do antigo fiscal xeral do Estado, non era o seu letrado en xuño de 2014, momento dos supostos feitos. O secretario xeral do PSdeG insistiu na súa inocencia sobre as imputacións do caso. Porén, evitou pronunciarse sobre os seguintes pasos e enmarcou na súa "esfera de reserva persoal" calquera decisión que tome sobre o seu avogado. Besteiro respondeu tamén ás declaracións presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que esixiu responsabilidades ao candidato do PSOE á presidencia, Pedro Sánchez. Besteiro aconsellou ao líder do PPdeG que se centre "na situación que ten en Galiza", segundo declaracións recollidas pola axencia Europa Press. A Fiscalía rexeita apartar a De Lara Pola súa banda, a Fiscalía de Lugo rexeitou este venres apartar da instrución do caso Garañón a Pilar de Lara. O ministerio fiscal considera que a cuestión de competencia presentada por Besteiro "é manifestamente improcedente" |
NOS_53232 | Nace o 25 de marzo de 1920 en Vilanuiz-Quiroga, fillo de Martín Diéguez Rodríguez e Agripina Yáñez Lorenzo. Traballa como labrego e cesteiro e tamén nos Saltos do Sil en Montefurado. Cando estala o golpe fascista en xullo de 1936, bótase ao monte coma tantos outros. Durante os meses que se ausenta son frecuentes as visitas á súa casa por parte dos gardas civís e os falanxistas, ansiosos por detelo. | Lembremos que tan só conta con dezaseis anos e catro meses cando se sublevan os rebeldes e, aínda así, atopamos declaracións de falanxistas ou afectos aos alzados que o conceptúan como "individuo perigoso e oposto ao réxime ou comunista e como tal oposto ao Movemento", motivos suficientes para xustificar as intempestivas visitas. Deambula pola serra até primeiros de outubro de 1937 cando, acosado polas intensas batidas, decide entregarse. A pesar da súa corta idade, é sometido a Consello de Guerra ordinario coa fin de depurar as responsabilidades derivadas da súa actuación ante o golpe. Así, e aínda que el o nega nas súas declaracións, parece quedar probada a súa participación na requisa de armas en casas de dereitistas e nas partidas formadas para tentar defender Montefurado. O 17 de decembro do 1937 celébrase o Consello de Guerra no Salón Rexio da Deputación de Lugo. O mozo é condenado como autor dun delito de auxilio á rebelión, coa apreciación da circunstancia de ser maior de dezaseis anos e menor de dezaoito anos, a 6 anos e un día de prisión maior. Porén, o 17 de outubro do ano seguinte acórdase conmutarlle a pena inicial pola de tres anos de prisión correccional. Co paso dos anos Agustín comeza a desenvolver labores de enlace cos guerrilleiros da partida de 'Mario de Langullo'. O 22 de novembro de 1947, cando a Garda Civil ía proceder á súa detención, Agustín adiántase aos acontecementos e foxe ao monte, ao abeiro de 'Langullo' e os seus compañeiros de partida, e compartindo actividade con homes como 'Blas', 'Roces', 'Pajarito', 'Atravesado', 'Segura', 'Guaje', 'Guardiña', 'Preselas', 'Remoquete' ou 'Guillermo Morán'. Só tiña 16 anos cando estala a Guerra Civil e, aínda así, Agustín Diéguez Yáñez, coñecido como 'O Rubio de Vilanuiz', vaise converter nun precoz resistente primeiro e nun valente guerrilleiro despois Atopámolo tamén a carón do 'Piloto' protagonizando algunhas accións (como o axustizamento de Joaquín Fernández Menéndez o 15 de xaneiro de 1951, ou os de Aquilino González Fernández e Francisco González Ferreiro o 17 de febreiro dese mesmo ano) e só a morte do 'Rubio' porá fin a tan frutífera relación. Facía algún tempo que Ramona Fernández Siso 'A Gala', e a súa filla Lidia, acordaran colaborar coa Garda Civil coa fin de dar conta da presenza de guerrilleiros na súa casa da aldea ourensá de Fontei na Rúa. Pola vivenda, coñecida como a dos Galos, acostumaban a parar resistentes das partidas que se movían polas provincias de Lugo e Ourense. A caída do 'Rubio de Vilanuiz' Ás 24 horas do 25 de agosto de 1951, 'O Rubio' e máis o berciano Silvestre García López 'O Chimenea', aloxáronse na casa de Ramona sen sospeitar que a delación desta, a tan temida traizón, ía pór fin aos seus días. Foi sobre as 15 horas do día seguinte cando a confidencia chegou a oídos do tenente Francisco Alonso Casado, ao mando da liña do Barco e accidental da Rúa, quen de contado mobilizou seis gardas cos que se dirixiu á vivenda. Alí agardaron, á espreita, a que se fixera noite pecha. Sobre as 22.30 horas, o tenente Alonso dispuxo os seus homes en lugares estratéxicos coa fin de evitar calquera intento de fuxida por parte dos resistentes e, acompañado dos números José Álvarez Rodríguez e Jesús Gómez Barroso, penetrou na casa. Os tres gardas encamiñáronse até a habitación na que 'O Rubio' e 'Chimenea' ceaban. O tenente, arma en man, encarounos namentres lles espetaba os preceptivos mans arriba e alto que, non obstante, non foron atendidos polos guerrilleiros. Sempre segundo a versión do tenente e os gardas que o acompañaban, os fuxidos tentaron facerse coas súas armas, acción esta que foi abortada polos mortais disparos do tenente, primeiro, e dos gardas despois. A autopsia dos corpos realizada polos médicos Alfonso Paz Gallego e José Quiroga Suárez no cemiterio de Fontei contabilizou máis de 20 de balazos nos esfuracados corpos dos guerrilleiros. Ao garda Jesús Gómez Barroso, pola súa banda, foille concedida a Cruz do Mérito Militar con distintivo branco pola súa intervención neste servizo. Dous días despois do encontro na casa-trampa de Fontei, os corpos do 'Rubio de Vilanuiz' e 'O Chimenea' foron soterrados no cemiterio da aldea, "nunha foxa común para ambos, que mide dous metros e vinte centímetros de longa, por un metro e oitenta centímetros de ancha e un metro e cincuenta centímetros de profundidade; dita sepultura atópase situada á esquerda do cemiterio, orientada de norte a sur, dista da parede do norte uns vinte e dous metros, da do sur uns dezasete metros, da do oeste uns quince metros e oito do paseo central do cemiterio". Aquí remataba a historia do 'Rubio de Vilanuiz', o mozo de cabelo e cellas loiras, ollos azuis e pel branca, que ousara combater o réxime desde a tenra idade de dezaseis anos. |
NOS_9321 | Por volta de 700 axentes do exército e da policía grega iniciaron o despexo do campo de persoas refuxiadas de Idomeni. | De madrugada. Así chegou a policía secreta grega a Idomeni para proceder ao desafiuzamento dos milleiros de persoas que se atopan, nalgúns casos, desde hai 6 meses no campo de persoas refuxiadas. María Vence, voluntaria nesta localización desde hai 16 días explícanos como foron despexadas "contra as tres" da madrugada e até as "seis da mañá". "Houbo quen quedou agochada" e "disfrazada", sinala. Arestora "non se permite a entrada a ninguén" e "hai moitísima presenza militar e policial" mesmo "helicópteros", nun radio aproximado de "trinta quilómetros". Persoas voluntarias e xornalistas foron despexadas a primeira hora da mañá, arestora só teñen acceso ao campo de Idomeni os medios públicos gregos María Vence comunícase vía telefónica con Sermos Galiza e mantén, ao tempo, coñecemento do que está a acontecer no interior do campo grazas a algunha das persoas voluntarias e xornalistas que conseguiron ficar dentro mais tamén a algunhas das familias ás que ofrece apoio no proceso de solicitude de asilo desde hai máis de dúas semanas. "Rumores" de que Idomeni ía ser despexado "había desde hai días", di. Así nos explicaba tamén o voluntario ferrolán Alberte Ameneiros. De facto, sinala Vence, os protestos decorridos en Idomeni a pasada semana e a carga policial "foi por iso". Pola imprensa souberon que o desafiuzamento comezaría esta terza feira (24 de maio). Porén, "dixeron que ía ser progresiva", razón pola que decidiron ficar acampadas "para calmar as familias", algunhas delas con "15 crianzas" ao cargo, "mais non nos deixaron". Nen persoal voluntario nen xornalistas puideron ficar no interior agás representantes dos medios públicos gregos, "cremos que non queren testemuñas", asegura. A información que recibe María Vence apunta á "calma" até o momento. A xornalista vasca Ane Irazabal sinalou através da súa conta na rede social Twitter que viron saír "cando menos cinco autobuses cheos de refuxiados". As persoas refuxiadas son trasladadas a campos militarizados "perto de Tessalónica", sinala Vence. Así as cousas, acrecenta, algunhas das familias asegurou que amosarían "resistencia pacífica" fronte á evacuación. As persoas despexadas serán trasladadas a campos militarizados perto de Tessalónica Os campos militarizados non son de detención, porén, as condicións son precarias. "Acaban de construír campos novos" situados en "fábricas abandonadas" nas que se reparte comida "tres veces ao día", di María Vence. Inicialmente a cargo do exército, posteriormente "através dun servizo de cátering". "Non hai camas" só tendas de campaña militares. Nesas condicións, di, "poden estar entre 6 e 18 meses" mentres tramitan a súa solicitude de asilo. A "broma macabra" das solicitudes de asilo Para iso, sinala, "teñen que pedir unha entrevista por Skype" na que solicitan ser realoxadas en Grecia ou iniciar unha reunificación familiar noutro país da UE para o que é preciso contar "cun familiar de primeiro grao". "Están a ofrecerlles ir a Polonia", afirma, un estado membro gobernado polo partido de extrema dereita Lei e Xustiza (PiS) e cuxo presidente anunciou que non aceptaría persoas refuxiadas após os atentados de Bruxelas. A xente non quere ir a Polonia polo que os obrigan a comezar de novo o proceso de solicitude "A xente non quere ir alí polo que os obrigan a comezar de novo o proceso de solicitude", explica María Vence. "É unha broma macabra". A maior parte, case a práctica totalidade das persoas que se atopan en Idomeni, son "de nacionalidade siria", moitas delas "curdas" polo que "non poden volver ao seu país", sinala esta voluntaria. De entre a poboación de Idomeni "moitos son homes desertores" que rexeitaron ir á guerra. "Eles tampouco poden volver". Aliás, dá conta de casos de extrema urxencia que non están a ser tramitados como tal. "Hai un rapaz que perdeu un ollo e ten metralla por mor dun ataque do Daesh. Ten que ser operado de urxencia e non se está a tramitar a súa solicitude de asilo". Outra muller "diabética", con crianzas ao cargo e que viaxa soa, tampouco. "Tentamos que ACNUR priorice os casos mais están sobrepasados". |
PRAZA_5020 | O presidente da Xunta e o goberno local compostelán teiman en reducir a intención de pagar o avogado dun imputado na Pokémon a un mero acto administrativo, obviando os argumentos da xuíza López Suevos. | O 30 de maio de 2012 a Xunta de Goberno Local de Santiago aprobaba pagar con fondos públicos o avogado do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, imputado no caso Pokémon, tal e como solicitara o interesado. Case dous anos despois daquela xuntanza, na que non participou o alcalde, Ángel Currás, malia atoparse en Compostela, a decisión ten a sete edís -a metade máis un dos membros do goberno local- con pé e medio no banco dos acusados por un presunto delito de prevaricación no que moitos ven a pinga que fai rebordar un vaso cheo dabondo de escándalos vinculados a presuntas prácticas irregulares. Tras varios días de incerteza a consigna no PP, a comezar polo presidente Feijóo, semella clara: minimizar o caso ata onde as actuacións da Xustiza o permitan. O despregamento deste argumentario chegou despois de que o propio Currás se reunise con Feijóo na residencia oficial de Monte Pío para, segundo publicou La Voz, pedirlle que mantivese o seu gabinete, isto é, que non forzase o cesamento dos edís incausados. Tras esa xuntanza o secretario xeral do partido e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, veu dicir que en última instancia o que se vai aplicar non vai ser código ético ningún, senón os estatutos do partido, eses que non obrigan á destitución mentres non haxa unha sentenza firme contra un cargo público -neste caso, a Fiscalía pide nove anos de inhabilitación, polo que unha condena sería sinónimo de deixar o cargo-. Co campo de xogo marcado, apareceu Feijóo. O PP minusvalora o caso mentres mantén os edís incausados nos seus postos Unha semana máis a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta foi escenario de toda unha batería de preguntas sobre a convulsa situación do consistorio compostelán e dos intentos do presidente por esquivalas dun xeito ou doutro. "Todo o mundo coñece a decisión do alcalde de Santiago", di Feijóo, que enuncia o caso dun particular xeito. Segundo o líder da dereita aos sete edís impútaselles un presunto delito de prevaricación "por unha decisión da comisión de Goberno co visto e prace dos funcionarios responsables de velar polo cumprimento da lei e da lexislación no ámbito municipal". Así encabeza o presidente un argumentario no que hai algunha imprecisión máis. Houbo informe favorable? Efectivamente, a decisión estivo apoiada nun informe da Asesoría Xurídica do Concello no que non se avalaba incondicionalmente o pagamento do avogado de Varela, senón que nel se sinalaban os casos nos que sería posible facelo. Ese informe, lembra a xuíza Ana López Suevos nun dos seus autos, especificaba que os gastos poderían ser cargados ao erario se a imputación tiña "orixe ou causa directa" unha actuación "realizada no cumprimento" do seu cargo ou se esta non implicara "abuso, exceso, desviación de poder" ou "converxencia con intereses particulares". O Concello tamén podería pagar se, ao final do proceso, se declarase "a inexistencia de responsabilidade criminal". Segundo a xuíza "todos" os edís acusados "coñecían que a causa penal á que fora chamado a declarar" Varela "era a coñecida como Pokémon" e que "estaba imputado por presuntos delitos de suborno, falsidade documental e prevaricación". O caso non estaba, polo tanto, relacionado directamente co cargo de concelleiro de Deportes. Aínda así, a decisión tomouse. Feijóo mantén que Varela renunciou "inmediatamente" ao pagamento do avogado, pero fíxoo un mes despois, cando o caso saltou á prensa Segundo o presidente da Xunta cómpre quitarlle ferro ao asunto non só porque, ao seu xuízo, non haxa actuación delitiva, senón porque ademais a decisión non tivo "repercusión económica ningunha", toda vez que "o propio interesado inmediatamente renunciou" a que o Concello lle pagase o avogado. O certo é que os sete edís aprobaron o pagamento o 30 de maio e que Varela renunciou o 1 de xullo, un mes despois da aprobación e dous días despois de que o asunto saíse á luz pública a través do diario El País. Ademais, abonda, cómpre tamén "considerar os antecedentes do Concello, onde hai acordos plenarios que autorizaban o pago das minutas nos supostos de imputados doutros concelleiros", di, en referencia ao caso Montebalsa, iniciado a raíz dunha denuncia do PP e que foi arquivado. Na liña do seu xefe de filas a voceira do Concello compostelán, María Pardo, defendeu este xoves como "legal" por estar amparado no convenio colectivo municipal, que recoñece o dereito a asistencia xurídica "por razón de conflitos (...) derivads da prestación do servizo". Os seus compañeiros e mais ela "non prevaricaron" e neste contexto, sempre segundo a súa interpretación, resulta "obvio" que está apoiada polo alcalde e o partido pero, sobre todo, polos "cidadáns" e a maioría absoluta que lle outorgaron en 2011 á lista encabezada por Gerardo Conde Roa. "Deixemos as cousas como están", convidou Feijóo dende San Caetano. A el "preocúpanlle máis outros asuntos que afectan a Santiago e a outras cidades, que me parecen de gravidade". |
NOS_37707 | O deputado nacionalista Néstor Rego rexistra no Congreso unha serie de preguntas ao Goberno sobre o protocolo seguido no accidente do Blue Star e avanza que o BNG presentará unha proposición de lei para a transferencia das competencias de Salvamento Marítimo a Galiza. | O traballo parlamentario no Congreso segue freado e pendente da formación do novo Goberno. En metade das negociacións, os grupos aproveitan para ir introducindo as súas axendas. O BNG rexistrou esta quinta feira unha serie de preguntas sobre o accidente de Blue Star nas que interpelan ao Goberno do Estado sobre as circunstancias que rodearon o sinistro e as medidas adoptadas nos días posteriores. Mentres, a reunión entre o deputado nacionalista Néstor Rego e os negociadores do PSOE que procuran apoios á investidura de Pedro Sánchez entre os grupos minoritarios adíase até a semana próxima. "Esta semana houbo troca de propostas", explica Rego a Sermos Galiza. "Non sei que tempo nos levará isto, pero me parece que o PSOE asume que non haberá investidura antes de xaneiro". Rego di que non dispón de información directa sobre a marcha das conversas entre os socialistas e Unidas Podemos para a formación da coalición, mais apunta que ten "a impresión" de que "vai saír". O deputado nacionalista sinala ademais que "a chave" da investidura de Pedro Sánchez tena ERC. "Irá adiante na medida na que ERC acorde co PSOE", conclúe. Esta quinta feira, Néstor Rego avanzou que o BNG presentará unha proposición de lei para reclamar a transferencia a Galiza das competencias de Salvamento Marítimo, e advertiu sobre outro problema que produciu o accidente do Blue Star. "Encallou nunha zona, a da illa de Miranda, na que hai pesca e marisqueo, e o perímetro que se estableceu impide desde hai semanas a pesca de baixura, o marisqueo e outras actividades produtivas. O Goberno non di nada, e cremos que nin se dirixiu as confrarías afectadas. Nós queremos saber que compensacións económicas se lles van dar ás afectadas". Polo de agora, o BNG ve limitada a súa actuación política ao rexistro de preguntas parlamentarias. Na serie presentada esta quinta feira, Rego cuestiona a decisión de mandar saír o buque de Ares para A Coruña e as razóns de non ter actuado con urxencia no baleirado dos tanques ou a decisión de non instalar barreiras contra a contaminación. A pasada cuarta feira, Rego presentou no Congreso unha pregunta escrita dirixida ao Goberno a respecto a nova poxa de interrompibilidade que foi publicada no BOE o 3 de decembro do 2019 e que empeora as condicións para a industria electrointensiva. |
NOS_40873 | A obriga de dispor dun seguro de accidentes para todas as competicións, a causa, que a organización agarda resolver. | A Liga galega de fútbol gaélico ten que se suspender de forma indefinida. Así o veñen de comunicar desde a asociación galega a través dun comunicado. O motivo desta medida é a obrigatoriedade introducida coa modificación da Lei do deporte e que obriga a dispor dun seguro de accidentes deportivo para todas as competicións deportivas, sexa amateur ou profesional, e calquera que fose o seu ámbito. "Sentimos profundamente os problemas que isto está a ocasionartanto aos clubes afiliados á asociación como aos siareiros. Estamos traballando duramente para atopar unha solución o antes posible e retomar a normalidade, pero, dende a responsabilidade, vémonos forzados a tomar esta medida.", explican. A Asociación está a intentar fechar un seguro colectivo que cumpra coa lei 13/2015 do 25 de decembro. Tarefa que non é doada, recoñecen, por mor de ser este un deporte minoritario. |
NOS_6047 | O grupo parlamentar de AGE criticou as cartas que o goberno galego está a remitir ás persoas que perciben a renda social e que abranguen requisitos non recollidos na lei vixente. Aliás, denuncian que se lles submeta a un maior control que "a calquera cargo público". | O deputado de AGE, Manuel Fajardo, deu a coñecer esta terza feira (29 de xullo) as cartas que a Xunta de Galiza está a remitir ás persoas perceptoras da Renda de inserción social galega (Risga). Nos documentos, o goberno galego obrigaas a "non exercer a prostitución nen a mendicidade", un feito que, denuncian, "non aparece [recollido] na lei en vigor" e constitúe, sinalou Fajardo, "unha obriga propia do século pasado". Segundo o parlamentar a actitude do goberno galego a respeito das persoas que reciben esta axuda económica reflicte un "nivel de control e seguimento moito maior" que o que se exerce "con calquera cargo público e político" cando as perceptoras da Risga reciben "amiúdo menos de 400 euros por unidade familiar". Fajardo (AGE) criticou que @s utentes da Risga reciban un maior control "que calquera cargo público ou político" Neste senso, Manuel Fajardo fixo brincadeira en comparecencia de imprensa ao comparar as obrigas que se lle exixen a calquera representante público "cando toma posesión". A quen non se lle "recomenda", sinalou, "que non pasee con narcotraficantes, que non teña contas en Suíza ou que non quede con cartos públicos". Así pois, reclamou á Xunta de Galiza que só exixa "aos perceptores da Risga os requisitos que figuran na propia norma e que se sintetizan nun itinerario de inserción socio-laboral". Na súa comparecencia o parlamentar de AGE denunciou ademais que algúns concellos gobernados polo Partido Popular están a vulnerar os dereitos laborais d@s utentes da Risga ao seren contratad@s con "contratos lixo, que non cotizan e institucionalizan a opresión e a explotación". Nestes termos se referiu Fajardo á orde remitida pola Xunta que autoriza os gobernos locais a contratar perceptor@s desta axuda económica, por exemplo, nas brigadas forestais. "Repártese a miseria e véndese á moto aos explotados", subliñou. |
NOS_15643 | Esa queda a nivel de Estado español foi do 10,6%. En febreiro o emprego no comercio minorista na Galiza desceu un 3,4%, o pior resultado no conxunto do Estado | As vendas do comercio ao por menor caeron un 12,9% na Galiza entre febreiro de 2012 e ese mesmo mes do presente ano. Os datos do Instituto Nacional de Estatística sinalan mesmo que esa queda é do 15,7 por cento desde xaneiro do ano pasado. No conxunto do estado español ese descenso foi do 10,6%. Son xa 32 meses de descensos interanuais consecutivos. A facturación do pequeno comercio desceu un 8 por cento en febreiro (en xaneiro foi do 10%). No que atinxe ao emprego, diminuiu un 2% no conxunto do Estado en febreiro, encadeando así 17 meses consecutivos de quedas interanuais. Desde o comezo da crise fecharon en Galiza uns 17.000 comercios, cunha perda de 43.000 postos de traballo O emprego no pequeno comercio caeu en case todos os territorios do Estado no mes de febreiro. E Galiza, cunha queda do 3,4%, foi o de maior baixada. Desde o comezo da crise pecharon en Galiza uns 17.000 comercios, un 25% do total, supondo, asemade, a perda duns 43.000 postos de traballo, segundo cálculos de asociacións e entidades do propio sector. Liberalización de horarios e proliferación de grandes ou medianas superficies comerciais, suba do IVE, queda no consumo das familias,...a combinación deses e doutros factores están a deixar o pequeno comercio nunha situación "agónica" |
NOS_55625 | Sen orzamentos á vista, o debate xa non é tanto se se adiantan ou non, senón cando van ter lugar: ou en marzo, ou en maio en coincidencia coas europeas e as municipais ou no outono de 2019. | José Luis Ábalos, ministro de Fomento e número 2 do PSOE, aposta na realización das xerais en maio. Un super-domingo electoral. Baséase nos bons agoiros do CIS. A visión dos analistas da Moncloa é lixeiramente distinta: pensan que Sánchez ten de ir ás eleccións con logros concretos do estilo do incremento do salario mínimo. E piden máis tempo para que esas conquistas se substancien no parlamento por medio de decretos lei. Estarían, por tanto, máis na liña de estirar a lexislatura até o outono de 2019. O escenario que está practicamente desbotado é o esgotamento da lexislatura. É defendíbel politicamente a prórroga duns orzamentos do PP, mais non é sustentábel gobernar con eles durante case dous anos. Iso é o que se deduce das declaracións realizadas esta terza feira por Pedro Sánchez en Madrid nun foro económico organizado por The Economist. Nese palco o presidente do goberno español dixo que se non é quen de aprobar os orzamentos 2019 a súa vontade de levar até o final o seu mandato se verá "acortada". Con retórica previsíbel, Sánchez afirmou que convocará as eleccións "en base a un único interese, o interese xeral do país". "Non o vou facer nin en aras do interese do país nin por suposto porque o indique o meu partido ou outro", dixo. Sánchez atacou por todos os flancos, salvo polo de Podemos. Razoou que o acordo orzamental co partido liderado por Pablo Iglesias é bon para o país e, en troca, censurou que PP e Cs non queiran saber "absolutamente nada" das contas públicas. Canto ás forzas independentistas catalás acusounas de condicionar o seu voto á aceptación de exixencias que "son imposibles de asumir por un presidente do Goberno de calquer estado democrático de dereito". |
QUEPASA_848 | Abre o prazo de matrícula na Escola Municipal de Hostalaría de Carballo e na EPA de Adultos nos IES. | Primeira semana de setembro e se cadra aínda hai parte da mocidade que non ten claro que facer este curso. Pode pois aproveitar unha das oportunidades de formación máis enfocadas ao mercado laboral que temos na bisbarra: a Formación Profesional. Na bisbarra temos unha oferta moi variada de cursos, enfocados á mecánica, á administración, á hostalería… pero tamén á informática. Se ben os Ciclos Superiores xa están fóra de prazo de matriculación, os Ciclos Medios e a Formación Profesional Básica (así como a EPA de Adultos) ten o prazo aberto de solicitude de admisión ata o 10 de setembro. Oferta de FP na Costa da Morte IES Fernando Blanco (Cee):- Grao profesional básico: Electricidade e electrónica; Mantemento de vehículos.- Grao medio: Xestión administrativa; Instalacións eléctricas e automáticas; Mantemento electromecánico; Electromecánica de vehículos automóbiles.- Grao superior: Administración e finanzas. IES Terra de Soneira (VImianzo):- Grao profesional básico: Servizos administrativos.- Grao medio: Xestión administrativa; Grao superior: Administración e finanzas. IES Maximino Romero de Lema (Baio, Zas):- Grao profesional básico: Informática de oficina.- Grao medio: Sistemas microinformáticos e redes. IES Terra de Xallas (Santa Comba):- Grao profesional básico: Cociña e restauración; Mantemento de vehículos.- Grao medio: Xestión administrativa.- Grao superior: Administración e finanzas. IES Eduardo Pondal (Ponteceso):- Grao profesional básico: Servizos administrativos; Mantemento de vehículos.- Grao medio: Xestión administrativa; Electromecánica de vehículos automóbiles. IES Fontexería (Muros): Grao medio de Informática de oficina e de Instalacións eléctricas e automáticas. IES Monte Neme (Carballo):- Grao Profesional Básico: de Electricidade e electrónica; e de Fabricación e montaxe.- Grao Medio de Xestión administrativa; Instalacións eléctricas e automáticas; Instalacións de telecomunicacións; e de Mecanizado.- Grao superior de Administración e finanzas; e de Mantemento electrónico IES Isidro Parga Pondal (Carballo):Grao superior: Administración de sistemas informáticos en rede. |
NOS_55969 | A nova da semana, para a memoria histórica galega, é que as familias de Bóveda, Caamaño e Paz presentaron no consulado da Arxentina en Vigo as súas querelas de adhesión á causa que xulga os delitos de xenocidio e crimes de lesa humanidade cometidos de 1936 a 1977. 'Nós Diario' trata o tema coa avogada Irene A. Francés. | Na pasada segunda feira, acompañou as descendentes de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz a presentar as súas querelas de adhesión á causa arxentina contra os crimes do franquismo. Que supón ese paso e cal é o seguinte? O que supón este paso para as familias é seguir co pulso, que se xulguen estes crimes. En relación coa querela arxentina, 4591/2010, unha vez que chegue a documentación, tramítase e se a xuíza o considera enviará unha comisión rogatoria para o testemuño de vítimas e vitimarios -se hai unha persoa viva que sexa responsábel, que é unha das principais dificultades porque falamos de feitos de 1936 e moita xente xa faleceu-. Mais pódese investigar e pódense depurar responsabilidades, porque se trata de recoñecer que, nestes tres casos, o que se fixo foi defender o Goberno Civil de Pontevedra. Foron fusilados no 36 por defender os valores da democracia, ten que haber unha resolución e unha restitución persoal, moral e xudicial. Que ten que facer un individuo ou unha familia que estea a considerar adherirse á causa? É suficiente con contactar coa coordinadora de apoio á querela (CeaQua), ou con Iniciativa Galega pola Memoria ou tamén ao departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Unha vez que se explica a situación, recompílase a documentación e ponse todo en marcha. Presentáronse máis de mil denuncias, escritos de adhesión ou querelas en todo o Estado. A querela arxentina é unha ferramenta con vida propia e que se nutre do traballo de distintos equipos. É un traballo colectivo, para rachar coa impunidade. Por que ten que ser a xustiza arxentina a que abra esta causa en 2010? Porque no Estado español estamos diante de políticas de impunidade. Refírome a que se trata de políticas case intactas despois de máis de 40 anos. Atopamos que hai unha falla de investigación xudicial ante crimes de lesa humanidade cometidos na ditadura franquista e fronte a isto estase a empregar un discurso do esquecemento, da amnesia. Hai un perdón oficial dos crimes franquistas porque se fala dunha vontade de reconciliación entre a sociedade na transición, pero o certo é que se está a aplicar a sentenza do Tribunal Supremo 101/2012, que nin sequera estaba a investigar estes crimes, que imposibilita a verdade xudicial ao aplicar a Lei de amnistía e non o principio de Legalidade internacional. E a comunidade internacional, non ten nada que dicir? O Estado español está adherido a tratados internacionais de dereitos humanos e ten a obriga de encarar estas investigacións, non obstante, está a ignorar ese deber. Non se están a indagar estas causas e por iso se acode á querela arxentina porque no Estado español o que se presentou e o que se está a presentar acaba por arquivarse, e o que queda por facer é esgotar a vía interna até chegar a tribunais internacionais. Até 2004, os crimes contra a humanidade non foron incorporados ao Código Penal, pol0 que os tribunais españois entenden que son delictos illados en non un ataque á poboación civil e, polo tanto, non prescriben. Aínda que non se incluían eses crimes no código, España si tiña ratificados tratados internacionais e, polo tanto, desde Nacións Unidas díxose que o Estado tiña capacidade para xulgar e debía facelo... Non obstante, foron cinco veces as que a xustiza española se negou a extraditar a Martín Villa amparándose na orde dun consello de ministros de 2015. Estamos a falar de falta de vontade por parte do Estado para investigar os crimes? As políticas de memoria avanzaron no coñecemento pero do que estamos a falar é de que se impide xulgar e investigar, e teno que facer un terceiro Estado, o que indica que o Estado español impide que se acade a verdade xudicial. Na Lei de amnistía a cuestión é como se pode amnistiar sen unha condena previa. Non hai nada máis que unha sentenza e a falla de vontade política, iso é o que obstaculiza a indagación. A falla de vontade política seguramente será estrutural, ao final, entre a transición, a Lei de amnistía... Houbo unha consolidación do silencio e do esquecemento e, se partes dunha sociedade democrática con eses antecedentes, se realmente, segundo o dereito internacional, se podería realizar a investigación e Un breve repaso á causa 4591/2010 Hai xa 10 anos que se puña en marcha a causa da xuíza arxentina María Servini "por delitos de xenocidio e crimes de lesa humanidade entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977", no Estado español. O obxectivo de dita causa é o de investigar e xulgar os crimes do franquismo e os cometidos durante a transición. Este camiño empréndese desde un terceiro Estado, a Arxentina, en virtude do principio de Xustiza universal e ao tenor de que no Estado español, a Lei de amnistía de 1977 conduce ao arquivo das denuncias. Aínda así, a causa 4591/2010 conseguiu entre os seus logros máis destacados a comparecencia do ex ministro franquista Rodolfo Martín Villa en 2020, e protexido até hoxe, por orde dun Consello de Ministros de 2015 que denega solicitudes de extradición, por parte da xustiza arxentina, para prestar declaración ás persoas vitimarias. |
NOS_29607 | Só falta a súa aprobación no Senado para que entre en vigor. | A Comisión de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Congreso aprobou esta quinta feira, 8 de abril, enviar o proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética ao Senado, coa previsión de que sexa aprobado definitivamente alí antes do final de abril. Despois da tramitación de máis de 750 emendas ao longo do proceso a lei sae adiante con dúas datas chave: 2030 e 2050. En 2030 o Estado terá que ter reducido un 23% as emisións de gases de efecto invernadoiro con respecto a 1990, elevando a xeración de electricidade con fontes limpas até o 74% da produción eléctrica e mellorado a eficiencia enerxética até o 39,5%. Xa en 2050 a lei prevé chegar á neutralidade climática, con 100% da electricidade xerada por enerxía renovábeis. Un dos elementos que introduce a lei é a prohibición da exploración e explotación de hidrocarburos e a minería de uranio, rematando cos proxectos de fracking no mar Mediterráneo e co proxecto de mina en Retortillo (Salamanca) que pretendía explotar a empresa australiana Berkeley, este proxecto recibira duras críticas do Bloque de Esquerda portugués pola afectación dos residuos ao río Douro. Unha vez aprobada a lei non se admitirán máis solicitudes de explotación nin se concederán máis permisos. O aspecto máis cuestionado na Galiza do proxecto de lei é o artigo 18, que alude á duración das concesións e prórrogas de ocupación de terreo do dominio público marítimo terrestre; neste punto, Néstor Rego, deputado do BNG, presentou unha emenda que non foi aceptada para eliminar o artigo. "Defendemos que hai que protexer o litoral e que actividades contaminantes e lesivas non poden estar situadas en dominio público marítimo terrestre, sexan complexos vacacionais, plantas petroquímicas ou celulosas como o caso de ENCE" proclamou Rego. En cambio, ás mariscadoras, a pesca, as depuradoras de marisco, as conserveiras, son un sector sostíbel que non se pode ver afectado pola confusión provocada por un lei "pensada para outras latitudes" sentenciou o deputado nacionalista, que propuxo desenvolver ese apartado lexislativo na Lei de Costas. O Consello de Estado xa deu hai meses a razón ao BNG neste punto. |
NOS_7119 | Chao encabeza a nova Xunta Directiva da entidade, escollida por votación na asemblea celebrada o pasado domingo. Mabel Rivera ocupa a vicepresidencia e Iria Sobrado asume a secretaría. | Ernesto Chao é o novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Así o decidiu a Asemblea da entidade, celebrada onte domingo en Santiago. Pola súa banda, Mabel Rivera repite como vicepresidenta da entidade e Iria Sobrado mantense na secretaría. A Xunta Directiva complétase con Nieves Rodríguez, Laura Míguez, Diego Freire, Santi Romay, Machi Salgado, Martín Máez, Toni Salgado, Xavier Estévez, Marta Lado e Lucía Sá como vogais. Ernesto Chao, un dos fundadores que en 1985 puxeron en marcha a AAAG, sucede deste xeito a Vicente Mohedano na presidencia dunha asociación que abre esta nova etapa encabezada por un grupo directivo que mestura caras novas e membros da xunta saínte. Desde a súa creación, a Asociación estableceuse como unha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando actores, actrices, directores e directoras de Galicia. Entre os seus obxectivos fundamentais figura a promoción dun sector galego da escena e do audiovisual ben artellado, así como a defensa dos dereitos laborais do seu corpo asociativo, constituído actualmente por preto de 300 socios e socias e mais do conxunto da profesión. O máximo órgano da asociación é a asemblea xeral, conformada polo conxunto dos asociados, que cada dous anos elixen unha xunta directiva -constituída por presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a e vogais- encargada de conducir a actividade da mesma. |
PRAZA_5960 | "As alegrías dánnos gusto, por suposto, e as desgrazas póñennos tristes e rechumidos, pero a maquinaria dos nosos corpos debe ter algún mecanismo para facerlle fronte ás malas novas, e porén, non o ten para as cousas boas" | Morreu Acacio de András, un dos clientes fixos do café das once na taberna Boliño Morreu Acacio de András, un dos clientes fixos do café das once na taberna Boliño. Nin alto nin baixo, nin gordo nin fraco, nin guapo nin feo: era desas persoas difíciles de describir. Seguramente os pais xa lle viron esa carga de normalidade cando naceu, e por iso lle puxeron Acacio, para que cando menos polo seu nome non pasase desapercibido. Tampouco sabería aproximar a súa idade. Eu víao mais vello ca min, pero igual non o era: hai xa tempo que o demo da presbicia me fai ver a decadencia galopante só nos demais. Pero con ser raro o nome que gastaba, eu non o coñecía por iso (de feito, penso que non sabía como se chamaba) senón porque pelexabamos os dous polo exemplar do ABC. "Aló vai o pobre Acacio", dixo o taberneiro, entrementres me preparaba o café con leite. Debeume ver o desconcerto na cara, porque axiña aclarou: "Si, home, Acacio de András ... o que che ripaba o ABC de diante dos fociños ... Non había mais xente que o lera ca volos dous. Así que, agora podes vir a calquera hora, que o ABC vai estar esperando por ti." Daquela caín na conta de que o pobre Acacio era o mesmo señor que lía o ABC nunha das mesas cando eu entraba, pasando as follas cunha exasperante parsimonia, tan de vagar que che daba a ti tempo de ler dun cabo ao outro o AS, o MARCA, o FARO, o DIARIO DE AROUSA e aínda che sobraban minutos para botarlle un repaso ás estampas do INTERVIU. "E que dis que lle pasou?", pregunteille, xa remexendo no café. "Pois que morreu ... así de repente. Atopárono tirado no camiño, xa preto da súa casa ... debeulle dar unha volta mala e zas, aló vai o pobre Acacio" "As alegrías dánnos gusto, por suposto, e as desgrazas póñennos tristes e rechumidos, pero a maquinaria dos nosos corpos debe ter algún mecanismo para facerlle fronte ás malas novas, e porén, non o ten para as cousas boas" "Digan o que digan os médicos, eu teño unha teoría sobre o mal de Acacio" Se un taberneiro di que ten unha teoría sobre algo, é que quere contala; e o mais aquelado é que o animes a que o faga, porque do contrario vaise sentir menosprezado, o café irase apurrelando e se a cousa non ten volta, igual ata fai uso do dereito constitucional de admisión. Por suposto, pedinlle que me contara esa teoría se facía o favor. Abriu os brazos canto daban, apoiou as mans no mostrador e comezou a súa clase maxistral. "As persoas termamos moito mellor das desgrazas ca das alegrías ... a ver se me explico ... as alegrías dánnos gusto, por suposto, e as desgrazas póñennos tristes e rechumidos, pero a maquinaria dos nosos corpos debe ter algún mecanismo para facerlle fronte ás malas novas, e porén, non o ten para as cousas boas. Se pasas fame, o estómago achícase e vaise afacendo á falta de comida; pero de aí a morrer aínda che queda moito. Pola contra, ti podes recachar dunha farta nun plisplás ..." "E que raios terá que ver esta teoría co pobre Acacio", preguntábame eu a estas altura do conto, namentres baixaba o café a grolos pequenos. " Pois mira o que che digo ... Acacio e mais ti liades o ABC, pero non vos prestaba igual. El lía o ABC con gusto, con moito gusto porque era o xornal dos seus e contaba as cousas como lle gustaban. A crise que outros causaran xa eles a estaban a solucionar, os gromos verdes xa tiñan corpo de froita, os desempregados ían a menos; e as cousas malas, que as había, eran dos outros: os EREs andaluces, os soberanistas cataláns, a podremia dos concellos de Lugo e Ourense, os sanguinarios terroristas de Resistencia Galega ... A malleira que levou España o xoves no Mundial de fútbol fronte a Holanda, que seguramente foi un grande desgusto para Acacio, puxérona en recadro pequeniño no fondo da portada do día seguinte. Así un día tras outro nun mundo feliz e marabilloso ..." "Acacio e mais ti liades o ABC, pero non vos prestaba igual. El lía o ABC con gusto, con moito gusto porque era o xornal dos seus e contaba as cousas como lle gustaban" "O teu era outro cantar ... ben se che vía na cara que os do ABC non son dos teus e lelo cos ollos achicados ... o que non sei é por que o fas nin é asunto meu, pero confirma a miña teoría. Porque o que ti lías non che sentaba ben, os malos eran os teus e as cousas boas que pasaban era grazas aos outros, os bos. Así un día tras outro nun mundo triste e desventurado. Como as desgrazas rematan facendo callo, ti podes estar lendo o ABC o tempo que queiras, sen medo a que che faga mal; e cando morras vai ser porque es tan vello que non che queda outra que morrer, meu. Non era o caso de Acacio, que sempre marchaba da taberna todo cheo de fachenda e cos ollos brillantes de ledicia. As alegrías non fan callo, e o outro día rebentoulle a cabeza de tanto divino contento que levaba dentro. As cousas son así e non hai quen mo quite da cabeza ..." "Como as desgrazas rematan facendo callo, ti podes estar lendo o ABC o tempo que queiras, sen medo a que che faga mal" Puxen o euro no mostrador e xa marchaba, cando escoitei ao taberneiro. "Mira, vouche poñer outro exemplo, que non te vexo moi convencido ... Un pode botar un ano enteiro sen foder e non pasa nada ... pero se te encacinas na fodedela e non baixas da burra, seguro que non o contas ... Teño ou non razón?" |
PRAZA_4812 | Un edificio municipal de Vila de Cruces acolle dúas exaltacións das ditaduras de Franco e Primo de Rivera que foron colocadas tras a inauguración do local por parte do conselleiro de Educación. O alcalde atribuiu as placas a unha "exposición" organizada pola veciñanza. | O pasado novembro producíase en Vila de Cruces un feito pouco común. Mentres que en diversos concellos organizacións políticas e grupos defensores da memoria histórica loitan pola desaparición de elementos franquistas dos espazos públicos, nesta vila as protestas chegaban pola reposición destes símbolos nun local municipal tras 30 anos retirados. Tratábase de dúas placas que exaltaban, respectivamente, as ditaduras de Franco e de Primo de Rivera. Estiveran colocadas na antiga casa consistorial, edificio derrubado sen previa consulta con Patrimonio e do que, casualmente, o único que se salvaron foron tales placas. O novo emprazamento dos polémicos símbolos foi inaugurado en 2010 polo conselleiro de Educación, pero aínda sen as placas. A controversia xerada por esta recolocación, denunciada pola agrupación do PSdeG na vila, chegou ao Parlamento a través dunha pregunta do Grupo Socialista. Na súa resposta a Xunta explica que "queda constatado que no momento do acto inaugural a referida placa non estaba presente" e por iso, "tras ter coñecemento destes feitos", a Consellería "ponse en contacto co Concello de Vila de Cruces". Nesa comunicación, asegura o Goberno, o departamento que dirixe Jesús Vázquez "destacou" a "vixencia" da Lei da Memoria Histórica, texto legal que establece, precisamente, a eliminación da simboloxía franquista. O alcalde atribúe a colocación das placas a unha exposición e a propia Xunta lembroulle a "vixencia" da Lei de Memoria Histórica Mentres que o Executivo galego lle lembraba ao goberno de Vila de Cruces a necesidade de "cumprir coa legalidade vixente" en aras da "convivencia pacífica e respectuosa da cidadanía galega", o alcalde da localidade, Jesús Otero (PP), xustificaba a presenza destas placas nun espazo municipal. Fíxoo nunha misiva dirixida a este diario, na que cualificaba como "absolutamente falso" que a recolocación das exaltaciósn dos réximes ditatorias partise do seu gabinete, senón que foi obra de "colectivos de persoas da parroquia de Carbia" que están a "organizar unha exposición" que "se vai inaugurar o 19 de setembro de 2014", explicaba a finais de 2013. Esta exposición acollerá "todo tipo de elementos" que fagan "referencia ao nome da vila de Carbia, nome do Concello no momento de elaboración da placa", que está exposta "non por facer referencia ao réxime anterior, nin moito menos", aseguraba Otero nesa misiva. Sempre segundo o alcalde, "todos os elementos que se van recuperando" para a mostra "non se paran a mirar se son do franquismo, da II República ou da ditadura de Primo de Rivera". "Non hai que ver máis alá do que realmente é", insistía o rexedor . Para a oposición municipal os responsables do Concello "viven no pasado ou traizoounos o subsconciente". |
PRAZA_16414 | A infraestrutura loxística clave para que teña sentido a incorporación de Galicia ao corredor atlántico europeo de mercadorías foi anunciada por Aznar e Fraga en 2001 pero aínda non ten acceso HEMEROTECA | Dos 1.000 quilómetros de AVE ao parador: as obras que ían tornar o Prestige na "maior oportunidade" | O 28 de febreiro de 2014 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou o Porto Seco de Monforte. Catro anos despois segue a ser unha explanada urbanizada sen unha soa empresa instalada. Tampouco ten aínda un acceso por estrada de calidade, eivas que limitan que se poida converter no nó loxístico que estaba chamado a ser no que conflúan todas as mercadorías que entren ou saian de Galicia por ferrocarril. Esa concentración dos tráficos facilitaría que a comunidade se integre no denominado Corredor Atlántico ferroviario de mercadorías, que á súa vez permitiría obter máis financiamento comunitario para mellorar a liña entre Monforte e Ponferrada e facer así máis atractivo o Porto Seco. Un circo vicioso. A infraestrutura loxística clave para que teña sentido a incorporación de Galicia ao corredor atlántico europeo de mercadorías foi anunciada por Aznar e Fraga en 2001 pero aínda non ten acceso Foi o 20 de xullo de 2001, na precampaña das eleccións autonómicas que tres meses máis tarde volvería gañar con maioría absoluta Manuel Fraga, cando o presidente galego, acompañado do daquela presidente do Goberno central, José María Aznar, anunciou en Monforte o Porto Seco, no marco dunha xira por Galicia centrada fundamentalmente en prometer melloras nas infraestruturas ferroviarias. Na súa inauguración trece anos despois a Xunta presentou a infraestrutura como "decisiva e fundamental para o futuro desenvolvemento empresarial e loxístico da nosa comunidade, así como unha grande oportunidade para toda Galicia". Posteriormente, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) chegaría a presentalo como a porta de entrada a Europa das mercadorías que chegan polo Atlántico. Entre o anuncio de futuro de 2001 e a súa inauguración en 2014, Monforte chegou a ver como o Plan Galicia publicitado polo Goberno de Aznar prometía unha liña de AVE ata Ponferrada como segunda conexión de altas prestacións coa Meseta. Pero a razón de ser do Porto Seco é a de actuar como punto de confluencia das mercadorías que entren ou saían de Galicia por ferrocarril. Un nó loxístico no que as cargas procedentes dos portos ou polígonos industriais de toda Galicia conflúan, xa sexa por tren ou por estrada cando non haxa volume suficiente, para alí pasar na súa maior parte a circular pola vía férrea cara a Ponferrada e Palencia. Esa é a teoría, porque catro anos máis tarde e despois de investir nel 20 millóns de euros o Porto Seco é unha chaira urbanizada na que aínda non está instalada ningunha empresa e na que non hai ningunha infraestrutura nova nin disposición das parcelas que facilite a carga e descarga de mercadorías dos trens, a súa razón de ser. As súas conexións por estrada e ferroviarias, claves para o seu funcionamento como plataforma loxística, seguen a ser practicamente as mesmas. Só se construíu un pequeno acceso viario desde a estrada autonómica que comunica Monforte coa Pobra do Brollón, e aínda se está a planificar a súa prolongación para que conecte coa estrada N-120. A vía entre Monforte e Ponferrada, a primeira que conectou Galicia coa Meseta, en 1883, fixo da vila de Lemos a capital ferroviaria galega, precisaría dunha mellora para facilitar ese tráfico de mercadorías. O seu trazado, por exemplo, presenta nas proximidades de Torre do Bierzo un singular xiro sobre si mesmo en espiral para poder superar o desnivel ao que alí se enfronta. A liña de tren Monforte-Ponferrada está encadrada na rede complementaria europea, non na principal da que forma parte o denominado Corredor Atlántico que desde a fronteira francesa atravesa a Península cara a Portugal Pero malia que é a liña elixida para enlazar Galicia co resto da rede europea de tráfico de mercadorías, está encadrada na rede complementaria, non na principal da que forma parte o denominado Corredor Atlántico que desde a fronteira francesa atravesa a Península cara a Portugal pasando por Palencia, onde enlazaría a vía procedente de Monforte. Esa categoría superior, que segundo o Goberno central non pode variarse ata dentro dunha década, facilitaría a chegada de fondos europeos para a súa mellora. Pero segundo insiste o Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal, unha das institucións que máis forza está a facer para mellorar ese eixo de comunicacións, formar parte da rede complementaria non debera ser impedimento para que a liña recibise xa investimentos comunitarios se o Goberno central e a Xunta así o queren. O secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, salienta que por exemplo hai dispoñibles créditos a interese cero a través do denominado Plan Juncker pensados precisamente para impulsar ese tipo de actuacións. A liña entre Monforte e Ponferrada, en todo caso, non é das peor preparadas para o tráfico de mercadorías das existentes actualmente en Galicia. Forma parte da liña electrificada que percorre todo o sur da comunidade procedente de Vigo e Ourense, e malia que a liña da Coruña e Lugo que alí se une non o está, Adif estuda a electrificación do treito Monforte-Lugo, ademais de supresións de pasos a nivel entre Ourense e Lugo. Ademais, fronte a outras liñas ferroviarias interiores, ese treito é dos que permiten trens de maior lonxitude de toda Galicia, elemento clave para que os convois de mercadorías sexan rendibles. Isto é, sería de dubidosa rendibilidade habilitar trens de mercadorías desde a maioría dos portos galegos, pero sería eficiente concentrar eses tráficos tanto de entrada como de saída en Monforte para alí canalizalos de xeito conxunto a través do ferrocarril en convois de maior tamaño. Un informe coordinado polo ex-presidente González Laxe e o ex-director de Mobilidade Rodríguez Bugarín salienta a "imprescindible implicación dos portos" galegos para que o Porto Seco de Monforte teña futuro Esas vantaxes e desvantaxes da rede de infraestruturas galegas aparecen analizadas nun informe para impulsar o Porto Seco que o Eixo Atlántico presentou hai un ano e que coordinaron o ex-presidente socialista da Xunta Fernando González Laxe, experto en cuestións portuarias, e o ex-director xeral de Mobilidade popular Miguel Rodríguez Bugarín. O documento salientaba que Monforte debe ser o gran punto de conexión de Galicia co resto da rede de mercadorías europea. Porén, para iso consideran "imprescindible a implicación dos portos" galegos, cada un dos cales está a desenvolver a súa propia estratexia loxística. De feito, de moito maior tamaño que o Porto Seco de Monforte é o Porto Seco de Vigo, a denominada Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, impulsada pola Zona Franca e o Porto de Vigo, que polo seu emprazamento está claramente escorada cara os tráficos do sur da comunidade fronte aos do norte e cuxo desenvolvemento está a ser igual de lento. Por outra banda, mentres que o obxectivo do Porto Seco de Monforte sería o de aglutinar os tráficos que cheguen de toda Galicia por camión ou tren para desde alí transportalos xuntos por tren cara a Ponferrada, Palencia e o resto da rede europea, a principal mellora en materia de infraestruturas que está a impulsar na zona o Ministerio de Fomento co apoio da Xunta é unha autovía que desdobre a N-120 que realiza ese mesmo percorrido. Unha autovía que tería un notable impacto ambiental que poría en risco a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e que ademais está a ser priorizada no seu treito máis oriental, cara a Ponferrada, no que ten máis sentido o tráfico ferroviario, que no occidental, cara a Ourense, onde axudaría a que o Porto Seco captase tráfico viario do resto de Galicia cara aos trens. Fomento aposta a curto prazo e de xeito expreso polas estradas para o transporte de mercadorías en Galicia fronte ao ferrocarril Unha aposta a curto prazo polas estradas fronte ao tren de mercadorías en Galicia que evidenciou Fomento na nota de prensa emitida polo propio ministerio da que xurdiu a polémica pola non inclusión de Galicia no Corredor Atlántico ferroviario. Nesa nota Fomento salientaba como a súa prioridade a inclusión dentro dese Corredor na súa próxima revisión da Autovía do Cantábrico (A-8). Hai catro anos, noutra nota de prensa, o Goberno galego salientaba na inauguración do Porto Seco de Monforte que estaba inmerso "no impulso de diferentes actuacións que poidan lograr a maior proxección internacional do Porto Seco" e "trazando unha rede de conexións coas Autoridades Portuarias e a Zona Franca de Vigo, tratando de buscar sinerxías para a mobilidade de todo tipo de mercadorías e para o seu transporte". Catro anos despois esa chaira segue a agardar por algo máis que unha placa inaugural. Feijóo inaugura o Porto Seco de Monforte o 28 de febreiro de 2014 [Foto: Xunta de Galicia] |
PRAZA_6751 | O auto do Xulgado de Sarria sinala que a Ponte Ribeira, de indubidable valor histórico e artístico, forma parte do BIC Camiño Francés. A Plataforma Sarriana lembra que a Xunta, "á que corresponde a protección do patrimonio cultural de Galicia", ignorou a súa defensa durante meses. | O Xulgado de Sarria decretou o pasado venres a paralización cautelar das obras que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil leva a cabo na Ponte Ribeira como parte da execución do proxecto de encanamento do río Sarria. O auto sinala que a Ponte Ribeira, de indubidable valor histórico, artístico, cultural e monumental, forma parte do Ben de Interese Cultural (BIC) Camiño Francés a Santiago e aparece identificada expresamente como "elemento patrimonial vinculado ao Camiño de Santiago dentro do ámbito do BIC" no Decreto 227/2011 de delimitación do Camiño Francés a Santiago. A Plataforma critica que as denuncias que agora fai súas o xulgado foron ignoradas unha e outra vez pola Dirección Xeral de Patrimonio, "á que corresponde a protección do patrimonio cultural de Galicia" A Plataforma Sarriana polo Río celebrou a decisión, lembrando que o auto recolle os argumentos que a entidade vén reiterando dende hai meses sobre o impacto das obras sobre este e outros elementos patrimoniais. A Plataforma critica que as denuncias que agora fai súas o xulgado foron ignoradas unha e outra vez non só pola Confederación Hidrográfica, senón tamén polo polo Concello e mesmo a Consellaría de Cultura e, dentro dela, na Dirección Xeral de Patrimonio, "á que corresponde a protección do patrimonio cultural de Galicia". "A día de hoxe o Conselleiro de Cultura segue sen adoptar ningunha medida para dar resposta á denuncia de graves e múltiples infraccións da normativa de protección do Camiño de Santiago formulada en marzo pasado", subliña a Plataforma, que destaca que "estamos ante un presunto delito contra o patrimonio histórico" e que "a continuación das obras na ponte podería supoñer a destrucción irreversible do valor histórico e cultural do mesmo". A plataforma lembra que a inacción da Xunta, posteriormente corrixida pola xustiza, tamén se produciu o pasado mes de marzo, coa tala do bosque de amieiros, "un dano irreversible, evitado in extremis" polo Xulgado. A plataforma lembra que a inacción da Xunta, posteriormente corrixida pola xustiza, tamén se produciu o pasado mes de marzo, coa tala do bosque de amieiros, "un dano irreversible, evitado in extremis" polo Xulgado As obras que o Xulgado vén de paralizar "non só son presuntamente constitutivas de delito contra o patrimonio senón que, dende que se iniciaron, trouxeron o caos e un sinfín de molestias para os veciños de Sarria", denuncia a Plataforma, que incide na súa denuncia da "incomprensible planificación das devanditas obras que, ao cortar simultaneamente tres das pontes que cruzan o río obrigaron a cambiar os horarios escolares e trastornan seriamente o tráfico de toda a zona, cos subseguintes prexuizos para os comercios e negocios de Sarria". Este auto xudicial vén unirse ao informe feito público a semana pasada polo Consello da Cultura, que cualificou o bosque de ribeira de ameneiros e olmos ameazado polo proxecto como de "conservación prioritaria" e os seus elementos "insubstituíbles". O documento, moi crítico, tamén facía referencia á necesidade de preservación dos elementos patrimoniais máis senlleiros, coma os restos antigos da Ponte da Ribeira. E criticaba actuacións "que non teñen ningunha relación coa prevención de enchentes", como a substitución da actual varanda por unha de vidro "descontextualizante". Finlmente, o Consello da Cultura recomendáballes ás administracións que usen a vía do diálogo e favorezan o consenso, ofrecéndose para mediar neste conflito. |
PRAZA_7123 | A multinacional do aluminio aposta por pechar a fábrica da Coruña e a de Avilés e prescindir dos 400 traballadores de cada planta logo de non acadar os incentivos nunha poxa que defende o Goberno central, que bota a culpa á compañía. | A sombra de peche, despidos e unha nova desfeita laboral asusta Galicia. Tras os novos malos datos do paro, desta vez é a situación Alcoa, cuxa dirección prepara un despedimento colectivo para as súas fábricas da Coruña e de Avilés, en Asturias, a que podería empeorar aínda máis o panorama do mercado laboral galego. A medida podería supoñer o peche de cada unha das plantas e a perda dos 400 empregos directos de cada factoría. A compañía argumenta que non son rendibles sen os incentivos eléctricos e logo dunha poxa que defende o ministro de Industria, José Manuel Soria, que culpa ás decisións da multinacional da súa situación. A dirección de Alcoa prepara un despedimento colectivo que podería supor o peche da fábrica da Coruña, con 400 traballadores O Ministerio defende que esta poxa dos incentivos eléctricos para as empresas con maior consumo de enerxía, celebrada hai dúas semanas, é a correcta. A multinacional do aluminio contaba con conseguir na poxa da interrompibilidade -servizo grazas ao cal os grandes consumidores rebaixan o seu consumo mesmo a cero se o sistema non ten capacidade para atender a demanda a cambio dunha retribución económica- seis bloques dos nove que se xogan de 90 megavatios. Tan só acadou tres e a firma precisaba catro deles para a planta de San Cibrao, na Mariña lucense, na que acabarán os tres conseguidos, ademais de cadansúa para as factorías coruñesa e asturiana. "Non houbo unhas condicións para unhas empresas e outras condicións para outras", dixo este martes o ministro de Industira, que culpa a Alcoa e pregúntase "por que algunahs empresas baizaron o prezo moito nuns lotes e os levaron e noutros mantiveron un prezo moi elevado e non os levaron". O Goberno central insiste en que o problema creouno Alcoa coa súa actitude na poxa Desde Galicia e desde Asturias pídenselle solucións ao Executivo central para que evitar o peche das plantas e a perda de case un milleiro de postos de traballo, pero o Estado é rotundo. "Supoño que ninguén estará a expoñer ao Goberno que estableza unhas condicións singuarles e particulares nunha poxa para un determinado número de empresas en relación a outras", advertiu. Só abre unha porta: unha segunda poxa neste mes que se celebrará logo de que quedasen sen adxudicar unha contía elevada de megavatios. A ela, acudirán as empresas "nas mesmas condicións", segundo se aclara desde Madrid. Non se aclaran, non obstante, as condicións desta segunda poxa. Na primeira o Goberno adxudicou os nove bloques de 90 MW sacados ao mercado e os megavatios pendentes de colocar (entre 600 e 700) correspóndense cos múltiples bloques de 5 MW que quedaron sen asignar. Os sindicatos entenden que se non se sacan a poxa novos lotes de 90 MW non haberá solución para Alcoa, porque a retribución por varios bloques de 5 MW, até alcanzar os 90, sería insuficiente para facer rendibles as plantas da Coruña e de Avilés. Outro dos aspectos da poxa extraordinaria que impediría a solución ao problema de Alcoa é que, en teoría, a segunda poxa tomaría como prezo de saída o máis baixo alcanzado na primeira poxa, polo que as remuneracións serían aínda inferiores ás que xa rexeitou a multinacional do aluminio. Un motivo polo que os sindicatos entenden que habería que facer axustes "que permite o BOE" na regulación da poxa. Tamén o martes, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, comprometeuse co persoal de Alcoa a defender as súas reivindicacións e aproveitar a "interlocución directa" co Ministerio para que a nova poxa garanta a viabilidade das fábricas da alumineira "de cara ao futuro" e o mantemento do emprego. A Xunta critica agora o sistema, pero no pasado asegurou que o problema estaba arranxado co novo modelo do Goberno central Agora, a Xunta critica o sistema, pero o no pasado, dera por feito que o problema das grandes consumidoras da enerxía estaba solucionado co novo modelo do Executivo central. E non tiña razón. Desde Asturias, o presidente da comunidade, Javier Fernández, chamou a Núñez Feijóo a unirse na defensa de Alcoa e confía en que Galicia se unirá nunha fronte común coa súa autonomía na loita polos postos de traballo. Ademais, criticou a actitude do Goberno central e lembra que xa lle advertiu ao Ministerio de Industria que o sistema de poxa "podería levar ao peche". Ademais, varios grupos políticos preguntaron xa a Xunta e Executivo de Madrid sobre as medidas que teñen pensado tomar. O BNG, tanto no Parlamento galego coma no Congreso, presentou diversas iniciativas. Mentres, os traballadores prometen loitar e resistir, logo de solicitar que se cambien os criterios da poxa para evitar o que xa parece inevitable. |
NOS_19517 | O deputado do Bloque Néstor Rego avisa de que se se aproba o Proxecto de Lei do Ministerio de Facenda, as persoas herdeiras terán que tributar no IRPF se tiveran que vender o ben que lle deixou o seu familiar. | O representante do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, presentou unha serie de emendas ao proxecto de Lei de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal do Ministerio de Facenda. O obxectivo é que non se penalicen as herdanzas en vida. O nacionalista incidiu en que é preciso evitar que se modifique a norma do IRPF e a do imposto de sucesións, pois no caso de que a iniciativa vaia adiante tal e como está redactada o Goberno do Estado español penalizará "aos cidadáns e cidadás galegas ademais de invadir competencias autonómicas e vulnerar o Dereito Civil de Galiza". Para Rego "as reformas que afectan aos pactos sucesorios deben ser retiradas do texto", pois no caso de que se manteñan unha persoa que tivera que vender unha herdanza tería que tributar o IRPF e asumir as plusvalías. "A regulación que pretenden supón un tratamento discriminatorio desde o punto de vista fiscal para aqueles herdeiros ou herdeiras que reciban bens en vida fronte a aqueles que o fan trala morte dun familiar", resaltou o deputado. Así explicou que "neste último caso, se a persoa que herda recibe os bens trala morte do familiar e a continuación procede a súa venda, só debería tributar pola plusvalía desde o momento da recepción dos bens e até a efectiva transmisión", mais se a herdanza é en vida "deberá tributar polo incremento patrimonial desde que o testador adquirira o ben". "Resulta a todas luces inxusto considerar que realizar un acto lexítimo segundo o Dereito Civil Galego e respectando as normas tributarias propias da Administración galega, sexa unha práctica de evasión fiscal", subliñou. "Non sería xusto que Facenda se aproveitase desta circunstancia asumindo por riba unhas competencias que non lle corresponden" rematou, recordando que a venda pode ser unha acción necesaria para facer fronte a outros gastos. |
NOS_54912 | Os fenómenos meteorolóxicos adversos son só unha das consecuencias do cambio climático que preocupan as expertas. No caso da Galiza, a previsíbel suba do nivel do mar supón unha ameaza maior para moitas empresas do país asentadas no litoral, algunhas delas incluídas na lista das máis contaminantes. | As persoas expertas do Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático (IPCC polas súas siglas en inglés) alertan no seu sexto informe, que actualiza o de 2013, de que o quecemento global está perigosamente cerca de saírse de control. Este organismo de Nacións Unidas con sede en Xenebra asegura que os fenómenos extremos, como vagas de calor, fortes precipitacións, secas e ciclóns tropicais, afectarán todas as rexións e de maneira máis frecuente e severa. Detrás deles está a acción humana, de aí que o secretario xeral da ONU, António Guterres, afirmase que o avance do informe presentado esta semana "ten que ser a sentenza de morte para o carbón e para o resto de combustíbeis fósiles antes de que destrúan o noso planeta". Este cambio obrigado de paradigma sitúa as empresas máis contaminantes no punto de mira, en especial as centrais térmicas, en proceso de desaparición na Galiza, mais aínda coa transición cara un modelo máis sostíbel por resolver e con centos de empregos no aire. Os combustíbeis fósiles, como o gas natural ou o petróleo, son outros dos culpábeis da actual situación, de aí que empresas como Repsol, con refinaría na Coruña, Reganosa ou as eléctricas con ciclos combinados de gas no país se vexan na obriga de transformar o seu negocio para mitigar a súa pegada ambiental. O hidróxeno parece ser a alternativa elixida por todas estas empresas, pero de momento é unha tecnoloxía que sen a achega de fondos públicos, neste caso dos Next Generation, dista moito de ser rendíbel. De aí que o seu desenvolvemento estea supeditado ao reparto que se faga dos cartos comunitarios. Actuación urxente As persoas expertas do IPCC reclaman "unha redución enérxica e duradeira das emisións de CO2" para limitar os efectos do cambio climático. Esta obriga ecolóxica co planeta sitúa tamén na lista de empresas chamadas a mudar o seu modelo as principais empresas contaminantes da Galiza, entres as que figuran Xeal, Grupo Tojeiro, Ence, Finsa, Alcoa, Alu Ibérica, Megasa ou Celsa Atlantic. E é que, de non actuar de maneira "rápida, decidida e a nivel global", as expertas do IPCC advirten de que a temperatura media da terra aumentará por riba dos 1,5 graos centígrados en menos de dúas décadas. As consecuencias desta suba de temperaturas a nivel global provocará variacións na humidade e na sequidade, nos ventos, na neve e no xeo e nas áreas costeiras, o que afectará en gran medida a sectores como a agricultura, o marisqueo, o forestal a viticultura ou a pesca. Dobre ameaza no mar No caso da Galiza, ademais das alteracións na produción provocadas polo aumento dos fenómenos climáticos extremos, preocupa especialmente a suba do nivel do mar como consecuencia do derretemento dos casquetes polares. A Terra non experimentaba temperaturas tan altas desde a época do Plioceno medio. Daquela o nivel do mar era entre 15 e 25 metros máis alto que na actualidade, tal e como reflicten as evidencias xeolóxicas. En 2019, un estudo da organización Climate Central sobre a previsíbel suba do nivel do mar no ano 2050 debuxaba unha Galiza descoñecida, co Grove e Aguiño convertidos en illas e boa parte dos portos de Ferrol, A Coruña, Vilagarcía, Pontevedra e Vigo anegados polo aumento do océano Atlántico. A suba do nivel do mar ─e non tanto a reforma da Lei de Costas─ debería ser, pois, un motivo de preocupación para moitas das empresas asentadas no litoral galego, como conserveiras e depuradoras de marisco. Pero tamén para moitas das principais empresas do país. Segundo as previsións da organización norteamericana, a retracción da liña de costa afectaría, desde o norte, ao complexo de Alcoa en San Cibrao, aos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol e á planta de Megasa no concello de Neda. En Cee, a suba do nivel do mar deixaría baixo a auga parte da planta de Xeal (antiga Ferroatlántica), mentres que en Pontevedra acontecería o mesmo coa celulosa Ence. Máis chamativo é o caso de Vigo, cidade que perdería boa parte do seu porto ─a parte máis afectada sería a dársena de Bouzas─, pero onde tamén a crecida do río Lagares poría en risco a actividade da planta do Grupo Stellantis (antiga PSA) e boa parte das firmas auxiliares asentadas na súa contorna. Así as cousas, o informe do IPCC non é só unha chamada de atención á poboación sobre a necesidade de reducir o seu impacto no planeta, senón tamén un chamamento ás empresas a planificar o seu futuro en vista dos cambios que se aveciñan. |
NOS_20383 | Os novos positivos detectados ascenden a 441, 180 máis que o día anterior. | Os casos activos de coronavirus na Galiza subiron en 102 na última xornada até alcanzar os 5.625, pero os hospitalizados reducíronse en 10 e suman 337. Os positivos detectados ascenderon a 441, 180 máis que o día anterior. Segundo o balance de datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade esta cuarta feira, un total de 55 das persoas ingresadas en hospitais galegos atópanse en UCI, unha menos que a xornada anterior. Respecto da detección de casos, sumáronse 441 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un aumento de 180 en relación á xornada anterior. Mentres, o número de PCR realizadas situouse en 6.448, o que supón unha suba de 2.567. A Coruña e Cee representa a área sanitaria que rexistra un maior número de novos positivos, 118 -76 máis que o día anterior-; seguida por Santiago de Compostela e O Barbanza, que reportan 103 novos contaxios -49 máis. A taxa de positividade sitúase, segundo datos solicitados até as 18:00 horas desta terza feira, no 6,5%, o que supón un lixeiro aumento respecto ao día anterior e continúa por riba dese 5% que a OMS sinala como limiar para o control da pandemia. En relación aos casos activos na Galiza -persoas que seguen diagnosticadas de Covid-19-, a cifra continúa incrementándose e sobe en 102 até os 5.625. Durante o último día, as áreas co maior número de pacientes con enfermidade activa foron Santiago e O Barbanza, que acumulan 1.373 -37 máis-, e Vigo, que rexistra 1.173 -19 menos-. Doutra banda, as vítimas mortais que deixou a pandemia desde o seu inicio na Galiza ascenderon a 1.386, seis delas falecidas no último día. |
NOS_36322 | A Asemblea do Suído convocou unha andaina na que participaron decenas de persoas para defender a biodiversidade ameazada por numerosos proxectos de parques eólicos e minaría. | No Día de Biovidersidade a Asemblea do Suído convocou unha andaina para a protección do lugar ante a vaga de proxectos eólicos e minaría que ameazan esta zona de alto valor ecolóxico e cultural. A saída, realizada desde o cemiterio de Piñeiro da Igrexa, no concello de Covelo, na comarca da Paradanta, congregou a decenas de persoas que non quixeron perder a oportunidade de recorrer a Poza de Piñeiro, Chan do Libro e a Forca do Lobo. Entre os múltiples proxectos que amezan a Serra do Suído, o parque de Coto Redondo afecta directamente aos concellos de Covelo e Fornelos de Montes. Este estuda instalar oito aeroxeneradores dunha altura estimada de 200 metros de alto e 136 metros de diámetro de rotor cunha potencia media de 4 MW. Pola súa banda, o proxecto de Mancelo, situado na parroquia covelá de Prado, estuda instalar 3 aeroxeneradores con características semellantes "a escasos 600 metros das vivendas", puntualizaba o delegado da asemblea, Alexandre Cendón. Cendón explica que esta zona so Suído forma parte da ampliación da Rede Natura 2000 e que "o modo que ten de proceder a Administración é un atentado medioambiental porque está a impedir a ampliación da Rede para favorecer a instalación de parque eólicos e proxectos de explotación mineira". "A Unión Europea leva anos demandando ao Estado español e á Xunta da Galiza que amplíe a rede. É un mandato da UE porque na Serra do Suído hai unha serie de hábitats que son prioritarios e que están en perigo de extinción ou desaparición. Están pouco representados na Galiza e o único sitio onde se atopan eses hábitats é no Suído. Por iso, a serra é candidata á Rede Natura. Mais están a adialo e non o queren aprobar para facilitar todos estes proxectos", comenta Cendón. |
PRAZA_15793 | Agora tócalle ás mulleres, e as mulleres xa están en marcha, preparadas, moi ben preparadas. Esta guerra vaise gañar, SI ou SI. Por razón e por xustiza. Por un reparto xusto e lineal. | Onte ferveron as redes durante o programa de Via V. As @MulleresdoCerco están xa en marcha para gañar unha guerra que vai ocasionar moitas bágoas ao Goberno de Feijóo. O seu Goberno non os quixo escoitar, ningunearon durante meses aos traballadores do Cerco e mesmo a Sra. Conselleira dedica parte do seu tempo a asistir a reunións e facer campaña contra Acerga para salvar o posto... bonito xeito de responsabilizarse do Sector! Cóntanme que a Conselleira, en cada unha das reunións que ten cos distintos sectores do mar, continúa culpando a Acerga por non dicirlle que barcos teñen problemas... Claro, como o vai saber ela... Conselleira do Mar... cantos barcos teñen problemas e onde están os documentos dos barcos...? Pois si, o que ledes, así traballan os "máximos responsables" do Goberno galego. Este é o nivel. E o Presidente do Goberno galego? Que fai o Presidente da Xunta de Galicia? Onde anda? Que di a toda esta incompetencia continua e manifesta do seu Gabinete? (¿Donde está Alberto?, preguntaba a Sra. Ana Pastor cando se atopou cós armadores durante a campaña electoral) Nin sabe, nin contesta. De momento non hai resposta á petición de mais de 40 Concellos dunha xunta co que di ser o Presidente de todos os galeg@s... o mesmo Presidente que lles esixe aos armadores que fagan o que eles dende a Administración deben de facer. Para iso se lles vota (quen lles votou), para iso se lles elixiu (quen os elexiu), para iso se lles paga. Cada tramo de loita é un tramo gañado... na acampada gañouse moito, gañouse unión, gañouse forza, gañouse convencemento de que si non se sigue loitando, este Goberno continuará no seu sitio sen representar a Galicia. Agora tócalle ás mulleres, e as mulleres xa están en marcha, preparadas, moi ben preparadas. Esta guerra vaise gañar, SI ou SI. Por razón e por xustiza. Por un reparto xusto e lineal. |
NOS_27622 | O Goberno galego volveu abrir este debate na reunión do Consello Interterritorial desta cuarta feira, mais a ministra Darias dixo que se trata dun tema "absolutamente inmaduro" porque "no momento actual hai unha incidencia elevada". | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que a Galiza levará á Comisión Nacional de Saúde Pública, na que están representadas as comunidades autónomas mais o Ministerio de Sanidade, reducir o illamento das persoas contaxiadas polo coronavirus SARS-CoV-2 de sete a cinco días. Segundo avanzou rolda de prensa posterior á reunión do Comité Clínico que asesora á Xunta na toma de decisións da pandemia, o Goberno galego proporá esta rebaixa oficialmente ao resto de territorios e ao Executivo estatal a próxima semana. De sete a cinco días A Galiza, lembrou o conselleiro, xa foi pioneira hai unhas semanas cando o illamento das persoas con Covid era de 10 días e propuxo reducilo "ante a evidencia que tiñamos naquel momento de que 10 días para esta variante ─Ómicrom─ era un tempo longo". A Xunta levou a súa proposta á Comisión de Saúde Pública. Tras discutila, foi aprobada, e Galiza comezou a aplicala no momento. Con todo, os sistemas de información do Sergas manteñen os 10 días previos, de forma que os casos positivos non desaparecen dos seus listados de persoas coa infección activa ao cabo dos sete de illamento obrigatorio. É unha "medida de salvagarda", explicou o conselleiro. "Cremos que é bo para que estea uns días máis e o médico de Atención Primaria poida detectalo cando fai a chamada do último día ou por se o paciente chama con síntomas neses últimos días. Da mesma forma que mantivemos os 14 días cando os illamentos eran de 10", precisou. Propiciar o debate Na situación, actual, e dado o alto número de pacientes que teñen que facer illamento, Sanidade opta por levar de novo á Comisión de Saúde Pública unha proposta "para o seu estudo con todas as consecuencias". García Comesaña negou que esta iniciativa supoña unha decisión unilateral por parte do Goberno galego e defendeu a necesidade de discutir as condicións máis adecuadas para que esa rebaixa nos días de illamento se poida levar a cabo. "O único que propoñemos é adaptar a duración dos illamento a unha situación que parece que tende a acurtarse", remachou. O Estado négase a acurtar as corentenas Pola súa parte, a minstra de Sanidade, Carolina Darias, aclarou esta cuarta feira que a redución das corentenas de sete a catro ou cinco días é aínda un tema "absolutamente inmaduro", xa que, subliñou, "no momento actual hai unha incidencia elevada". "Só o reclamou un conselleiro", dixo Darias, en alusión ao responsábel galego de Sanidade, Julio García Comesaña, quen formulou esta proposta na reunión que mantivo o Consello Interterritorial de Saúde. Segundo precisou o propio conselleiro, esta cuarta feira só comentou a medida, mais na xuntanza do consello da vindeira semana presentaráa "oficialmente". |
NOS_35829 | Nunha investigación secuencia o virus do Covid nas augas residuais galegas e | Científicos do CISC lograron secuenciar o SARS-COV-2, o virus que provoca a Covid-19 nas augas residuais das localidades galegas, un logro que permite identificar que variante circula por cada zona. Os traballos desenvolvidos polo equipo liderado por Antonio Figueras e Beatriz Novoa concluíron coa secuenciación do virus da covid-19 en tres localidades das 15 que forman parte do estudo do proxecto ' DIMcoVAR'. Así, tras un ano de investigación empregando técnicas de secuenciación masiva, os científicos chegaron a identificar que tipo de SARS-COV-2 circula no concello de Baiona e nas localidades de Noia e Melide. "En Noia e Melide as mutacións detectadas son compatíbeis coa variante española e europea, mentres que en Baiona destacan as compatíbeis coa británica, surafricana e brasileira", sinalou Beatriz Novoa, segundo recolle un comunicado de prensa. En relación á circulación do virus en Baiona, os investigadores apuntan á identificación da proteína ' Spike' como clave para identificar as mutacións procedentes doutras zonas. O fito alcanzado por este grupo do CISC permite coñecer "o pool" do virus circulante en cada zona e conseguir a identificación das mutacións máis frecuentes e aquelas variantes que implican maior risco para os humanos. Todo iso a través da análise das feces."Desde que se detectou o material xenético do virus en mostras de feces de pacientes infectados, houbo un interese a nivel internacional pola monitoraxe do SARS- CoV-2 en augas residuais", destacan os líderes da investigación, Antonio Figueras e Beatriz Novoa, directores do grupo de Inmunoloxía e Xenómica do IIM. A investigación iniciouse pouco despois da chegada do virus ao Estado e Galiza e desenvólvese en 15 depuradoras de Baiona, Nigrán, Gondomar, Cambados, Moraña, Porto de Son, Muros, Melide, Ares, Cedeira, Noia, Pobra do Caramiñal, Betanzos, Viveiro e Burela. Nun primeiro momento, as análises centráronse na secuenciación das mostras de auga que deran positivo mediante proba PCR. Con todo, pasados uns meses, os investigadores decatáronse da dificultade de secuenciación das mostras, xa que o virus "áchase moi fragmentado nas mostras de augas residuais". Desde setembro de 2020, os traballos pasaron estar enfocados á aplicación de varias metodoloxías para secuenciar as mostras a través de técnicas de identificación masiva que requiren pouca cantidade de material xenético pero que achegan "millóns de secuencias" de SARS- COV-2. "O conseguir detectar as mutacións que están a circular nunha localidade é moi valioso para identificar variantes. Hai que ter en conta que nas augas residuais concéntrase todo, incluso os virus de persoas asintomáticas que non acoden ao hospital. De aí a súa importancia", destacou Antonio Figueras. Entre os resultados da secuencación do virus nas augas residuais de Noia, Melide e Baiona, destaca a "prevalencia abafadora" da cepa británica nesta última localidade, onde foron identificadas "mutacións únicas" que definen esta variante e, ademais, outras que que a fan compatíbel coa surafricana, a brasileira e outras. |
NOS_31559 | O parlamentar de EH Bildu Oskar Matute apostou en "redefinir o proxecto nacional de Euskal Herria" após acadar Podemos os mellores resultados "onde existe unha conciencia nacional crecente ou importante como Euskal Herria, Catalunya ou Galiza". | En declaracións a Radio Euskadi, o deputado de EH fixo fincapé en que "os mellores resultados de Podemos teñen lugar onde existe unha conciencia nacional crecente ou importante como Euskal Herria, Catalunya e Galiza". Neste contexto, avogou en "redefinir o proxecto nacional para Euskal Herria, pero que poida ser incluínte, atractivo e entendido como un percorrido eficaz para a mellora das súas condicións de vida para o conxunto do pobo, sexa ou non abertzale". "Ese obxectivo pode unirnos a moitos cidadáns, con independencia da sensibilidade política ou o grao de identificación nacional que poidamos ter", engadiu. "Se podemos decantar votacións, estaremos en todos os debates, sen ningún complexo" Para o deputado vasco, un pacto de esquerdas para lograr unha maioría no Congreso de cara á investidura dun novo presidente do Goberno español é "moi difícil". "A presión dunhas novas eleccións condicionará os discursos", apuntou. "Se podemos decantar votacións, estaremos en todos os debates, sen ningún complexo", salientou ao respecto. En relación aos resultados de EH Bildu, o deputado abertzale insistiu en que "desde o día das eleccións, amais de recoñecermos o mal resultado electoral que obtivemos, xa sinalamos que non foramos quen de nos meter nunha lóxica de debate que tiña moito a ver co contexto político que desde Madrid emana, que é o da continuidade ou o cambio desde unha lóxica de fin de cambio e da austeridade". |
NOS_58565 | Continuísmo. Nos rostros e nas políticas. Eis a aposta de Núñez Feijóo para a nova lexislatura. O presidente mantén o goberno de oito consellarías ocupadas polas mesmas persoas que exerceron o cargo no anterior mandato popular, agás Javier Guerra, substituído por Francisco Conde. Outra novidade: haberá vicepresidencia, e será ocupada por Alfonso Rueda, nomeamento que xa se interpreta como a designación por Feijóo do seu delfín | Alberto Núñez Feijóo asinou este domingo, un día despois de tomar posesión como presidente da Xunta, o decreto da estrutura orgánica do novo goberno, así como os dos nomeamentos dos membros do executivo autonómico. Unha foto fixa case idéntica á feita en 2009, após gañar as súas primeiras eleccións. Feijóo opta polo continuísmo e mantén o mesmo número de consellarías (oito) e os mesmos rostros para ocuparen os postos. Unha novidade: Javier Guerra abandona a carteira de Economía e Industria, que pasa a mans de Francisco Conde, asesor de Feijóo. Javier Guerra abandona a carteira de Economía e Industria, que pasa a mans de Francisco Conde, asesor de Feijóo. E outra novidade: a designación dunha vicepresidencia, que recae en Alfonso Rueda, home forte da estrutura e fontanería do PP galego que na anterior lexislatura xa desenvolvera de facto ese cometido. O nomeamento oficial de Rueda como segundo de a bordo é interpretado como a designación dun delfín, para preparar o escenario de cara a catro anos, cando Feijóo podería dar o salto á política estatal. Polo demáis, o executivo autonómico mantense tal cual o anterior mandato: mesmo Xesús Vázquez en Cultura e Educación, un nome que estaba na corda bamba após as sentenzas do TSXG botando abaixo o seu decreto de plurilingüismo, do cal a Xunta popular fixo o seu cabalo de batalla en materia de planificación lingüística. Máis do mesmo Agustín Hernández seguirá na ponte de mando da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Un departamento onde foi albo de non poucas críticas polas agresións ao medio ambiente. Rosa Quintana manterá a carteira de Mar e Medio Rural. A súa aposta pola piscicultura intensiva en detrimento da acuicultura tradicional (mexillón) e o abandono da baixura foron dous puntos moi criticados na carteira marítima. En Medio Rural aínda está vivo o conflito leiteiro, con acusacións de desleixo cara a esta consellaría. Elena Muñoz segue á fronte de Facenda, Beatriz Mato de Traballo e Benestar e Rocío Mosquera de Sanidade. Os dous últimos ámbitos centraron boa parte da conflitividade social no anterior mandato. A destrución de emprego e do tecido de benestar nestes catro anos xerou mobilizacións e protestas. O desmantelamento da sanidade pública foi algo constatado mesmo polos colectivos de profesionais. |
NOS_54250 | Sitúase na Galiza en 23.873 euros. | O produto interior bruto (PIB) per cápita subiu na Galiza en 2019, un 3,2%, algo máis que o incremento experimentado pola media no Estado (+2,5%).Mais a riqueza pro persoa na Galiza continúa por baixo da media española (2.500 euros) e a moita distancia da europea (7.000 euros). O PIb per cápita é de 26.426 no Estado e 31.160 da Unión Europea dos 27. En termos de volume, no seu conxunto, o PIB galego creceu un 1,8% o pasado exercicio, fronte ao aumento experimentado pola UE-27, que foi do 1,6%. Mentres, a renda dispoñíbel bruta dos fogares (tamén per cápita), con datos correspondentes ao ano 2018, foi de 14.673 euros na Galiza, un 93,9% respecto ao total da media no Estado (15.618 euros). Os datos publicados revisan as estimacións da contabilidade rexional de España difundidas o pasado mes de xullo e son o resultado tanto da incorporación da actualización da Contabilidade Nacional de España como da dispoñibilidade dunha maior cantidade de fontes de información estatística. O ano de referencia 2017 ten o carácter de definitivo, o 2018 de provisional e o 2019 de avance. Concellos Segundo os datos publicados en marzo polo Instituto Galego de Estatística (IGE) relativos a 2017, Oleiros repite como o concello de maior renda per cápita da Galiza. A Coruña (18.445 euros) e Compostela (18.332) ocupan o segundo e terceiro lugar na lista. As sete grandes cidades concentran 42% da renda de toda Galiza. |
NOS_23727 | Os dados da EPA reflicten unha redución da taxa de desemprego en Galiza a respeito do segundo trimestre de 2014 en 26 mil persoas, un 9,17%. | Esta quinta feira (23 de outubro) fixéronse públicos os dados da Enquisa de Poboación Activa (EPA) relativos ao terceiro trimestre de 2014. Segundo o indicador europeo Galiza conta con 258.300 persoas no desemprego, 26 mil menos que no trimestre anterior (-9,17%), froito do emprego rexistrado durante o verán. A taxa de paro diminúe após alcanzar unha cifra récord no período anterior (296.900 persoas). Así as cousas a EPA reflicte un volume maior de persoas desempregadas que os dados do paro rexistrado relativos ao mes de setembro, que situaban en 238.203 o número de persoas na procura dun posto de traballo. Así mesmo, a taxa de desemprego incrementou significativamente desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo á Xunta. Naquela altura, 2009, a EPA situaba o número de persoas desempregadas no 12,4%. A taxa de actividade sitúase no noso país no terceiro trimestre de 2014 en 53,88%, substancialmente maior no caso dos homes (59,49%) fronte as mulleres (48,72%) embora o paro atinxir, segundo os dados da EPA, en maior medida aos primeiros. Entre as faixas de idade máis novas a taxa de desemprego sitúase no 36,6% Por provincias, Pontevedra continúa á cabeza con 103.800 persoas seguida da Coruña (101.600 desempregadas). Lugo e Ourense manteñen unha cifra semellante con 26.200 e 26.700 persoas no desemprego respectivamente. Por idades, a taxa de desemprego nas faixas de entre 16 e 29 anos mantense no 36,6% (máis de 71 mil persoas) cun leve descenso (-2,2%) a respeito do trimestre anterior. Amosándose, aliás, como un dos sectores da poboación máis atinxidos pola temporalidade laboral. A cifra de contratos de duración indefinida --que se reducen en relación ao segundo trimestre de 2014-- é notabelmente inferior (44,5 mil persoas) que os contratos temporais (63 mil). No conxunto do Estado español a cifra de persoas desempregadas é de 5 millóns 427 mil persoas. 195.200 personas menos. |
PRAZA_3240 | Isabel Fraga sufriu acoso sexual entre 2012 e 2016 por parte do seu superior directo en El Corte Inglés. O xulgado do Social e o TSXG xa recoñeceron os feitos, pero este mércores iníciase un xuízo penal. A muller espera que a sentenza sexa "un exemplo" para que o sucedido non se repita nesta ou noutras empresas. | Este mércores comeza en Compostela o xuízo penal contra o xefe de planta do Corte Inglés de Santiago denunciado por unha traballadora do centro comercial por acoso sexual. Os feitos foron xa probado polo xulgado do Social e polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en dúas sentenzas que consideraron confirmados os feitos e condenaron a empresa a indemnizar á empregada. Isabel Fraga sufriu acoso sexual entre 2012 e 2016 por parte do seu superior directo en El Corte InglésCon todo, a CIG sinala a importancia deste novo xuízo pola vía penal, do que agarda que saia unha sentenza "exemplar para que tanto El Corte Inglés como o resto das empresas tomen nota e comecen a tomar en serio as situacións de acoso que, por desgraza, se producen día a día no mundo laboral". Ademais, o xulgado de Instrución nº 3 de Santiago abriu dilixencias penais contra os directivos do centro de El Corte Inglés da cidade e contra o seu director en Galicia, por non ter reaccionado de forma axeitada ante as acusacións de acoso. Xa no ano 2017 El Corte Inglés foi condenado por consentir o acoso sexual e moral a unha traballadora do centro de oportunidades de Altamira (Cambre).Isabel Fraga comezou a traballar en El Corte Inglés no ano 2000 e no ano 2006 o denunciado por acoso sexual converteuse no seu superior inmediato, iniciándose no ano 2012 os feitos obxecto de investigación, que foron denunciados internamente en varias ocasións, por exemplo ante o Xefe de Persoal. Porén, non se activou de inmediato unha investigación, como prevé o procedemento de prevención e tratamento de situacións de acoso moral e sexual para a empresa Hipercor.A comisión interna da empresa detectou "insinuacións e comentarios molestos e humillantes de contido sexual, proposicións de carácter sexual directas e indirectas, xestos obscenos e rozamentos innecesarios"En novembro do ano 2016, a traballadora iniciou unha baixa médica con diagnóstico de "trastorno depresivo grave" e interpuxo denuncia ante a Comisión Instrutora para o Tratamento e Investigación de Situacións de Acoso (CITSA), un órgano de control interno da empresa, sinalando que viña padecendo unha situación de acoso sexual e moral no traballo por parte do Xefe de Planta.De inmediato a Comisión iniciou unha investigación, entrevistando á traballadora afectada e a outros empregados e empregadas, concluíndo que si se producira a situación de acoso sexual denunciada e sinalando "insinuacións e comentarios molestos e humillantes de contido sexual, comentarios obscenos, proposicións de carácter sexual directas e indirectas, tocamentos, xestos obscenos e rozamentos innecesarios"."Quedou en evidencia que pola dirección empresarial non se adoptou ningunha medida correctiva, que nin sequera se molestou en investigar os feitos", destaca a sentenzaSegundo varios dos seus compañeiros e compañeiras, a actitude do denunciado era coñecida por todo o mundo. "É 'moi de chistes verdes' e de ensinar no seu teléfono móbil 'fotos e vídeos de contido sexual', así como de facer comentarios obscenos ao persoal feminino, incluso facendo proposicións de carácter sexual", recollíase no informe. "Qué pechotes", "menudos cántaros de miel", "por qué non te vienes a la cama conmigo?", "qué pena que llevas pantalón", foron algunhas das frases textuais denunciadas. Algunha das empregadas destacaba que "hai xente que lle segue o xogo por medo, comentan, xa que adoita tomar represalias se non entras no seu xogo".O 1 de febreiro de 2017 foi remitido ao Xefe de persoal o informe de conclusións do CITSA e o 10 de febreiro a empresa procedeu ao despedimento disciplinario do Xefe de Planta denunciado. Porén, Isabel Fraga denunciou a El Corte Inglés "polos danos psicolóxicos e morais sufridos". O Xulgado do Social condenou á empresa a indmnizala con máis de 42.000 euros, unha sentenza que foi posteriormente confirmada polo TSXG. "Eu daquela non sabía que o acoso que eu sufría tamén o estaban sufrindo outras mulleres. Son cousas que ti non comentas e que saen á luz despois, cando te decides a denunciar"Os tribunais consideraron acreditada "a existencia de comportamentos por parte do seu superior que son constitutivos de acoso sexual, que vulneran os seus dereitos fundamentais, como son, a dignidade e a integridade psíquica e moral, sendo sometida a actora a un trato que por grave e persistente, non pode ser cualificado dunha mera situación de conflito ou de simples enfrontamentos laborais no seo dunha empresa". Ademais, os ditames sinalaron que os feitos denunciados foron xa detectados pola empresa en abril de 2016, "primeiro a través das queixas do marido da denunciante", traballador tamén en El Corte Inglés, "e despois directamente"."Quedou en evidencia que pola dirección empresarial non se adoptou ningunha medida correctiva, que nin sequera se molestou en investigar os feitos", destaca a sentenza. A empresa argumentou que realizara un "duro apercibimento verbal" ao Xefe de Planta denunciando, pero apenas dous meses despois o acusado foi ascendido, sendo nomeado Xefe de Planta do terceiro andar, mantendo o seu cargo de Xefe de Planta dos departamentos situados no soto. "Lonxe dunha reprobación da súa conduta, máis ben reflicte unha boa consideración da súa forma de traballo", sinala o ditame. Isabel Fraga levou tamén a súa denuncia ao programa Salvados, que o pasado outono dedicou un dos seus programas ao acoso sexual no traballo."É algo que ten montado esta xente. Consideran normal que ás empregadas lles digan cousas, que as toquen, que as soben...""Eu daquela non sabía que o acoso que eu sufría tamén o estaban sufrindo outras mulleres. De sabelo, poderiámonos ter xuntado. Son cousas que ti non comentas e que saen á luz despois, cando ti te decides a denunciar unha situación de acoso sexual. Entón moita xente che di: "pois a min tamén, a min tamén, a min tamén...", explica Isabel Fraga en conversa con Praza.gal."Máis adiante, falando con xente doutros centros de El Corte Inglés de toda España, descubrín que o que pasaba no centro de Santiago, sucedía tamén en moitos outros lugares. É algo que ten montado esta xente, que ao final funciona como unha seita. Consideran normal que ás empregadas lles digan cousas, que as toquen, que as soben...", denuncia.O home de Isabel Fraga sufriu "acoso discriminatorio"O TSXG recoñeceu que Manuel Cao sufriu "acoso discriminatorio por asociación"El Corte Inglés foi tamén denunciado polo marido de Isabel Fraga, Manuel Cao, traballador da empresa dende 1985 e tamén Xefe de Planta no centro comercial compostelán. En abril de 2016 Manuel Cao denunciou a situación de acoso que sufría a súa dona ante os responsables de persoal da compañía en toda Galicia. Porén, nada se fixo e a Cao mesmo lle pediron que convencera á súa compañeira de non ir a xuízo como testemuña no caso do despedimento doutro traballador. Ademais, foi recriminado por non ter "parado" a denuncia de acoso no CITSA.Esta situación xerou nel un importante estrés, que lle acabou provocando unha anxina de peito e unha valoración psicolóxica de "trastorno adaptativo mixto, reactivo a estrés laboral" que o obrigou finalmente a deixar o seu traballo. O TSXG recoñeceu que Manuel Cao sufriu "acoso discriminatorio por asociación" e obrigaron a El Corte Inglés a indemnizalo con 224.000 euros. "Con 58 anos, imaxínate, rompeunos a vida toda, eu levaba máis de tres décadas na empresa", destaca o afectado en conversa con Praza.gal."Con 58 anos, imaxínate, rompeunos a vida toda, eu levaba máis de tres décadas na empresa", di o homeAquela foi unha sentenza "pioneira", destaca Manuel Cao, lembrando o Tribunal Superior que "é acoso a situación en que se produce un comportamento non desexado relacionado co sexo dunha persoa (a esposa do recorrente) o propósito ou o efecto de atentar contra a dignidade da persoa (o recorrente) e de crear unha contorna intimidatoria, hostil, degradante ou ofensiva". Ademais, o ditame advertiu á empresa de que as presións exercidas conta o home unha vez coñecidas as denuncias realizadas pola súa muller supuxeron "unha vulneración da garantía de confidencialidade que debe rexer a recta aplicación dun protocolo antiacoso, cuxa finalidade é precisamente evitar danos persoais pola tramitación dunha denuncia naquelas persoas relacionadas cos feitos"."Dar exemplo" a outras empresas"Ogallá poidan cambiar as cousas nesa empresa, polo ben da xente que segue traballando aí e que pode sufrir o que eu sufrín"A CIG, que asesorou os dous traballadores neste proceso, agarda que a sentenza que se dite tras do xuízo pola vía penal que comeza este mércores "sexa exemplar" e lamenta "que sexan as vítimas as que teñen que marchar da empresa malia ter unha traxectoria laboral impecable de anos". Roberto Alonso, representante do sindicato, denuncia "a actitude machista" da dirección do Corte Inglés, "que presupón que o home ten que controlar o que fai a muller", pero sobre todo denuncia que falaran con el por non ter parado a denuncia por acoso no CITSA, cando "este tipo de casos teñen que ser confidenciais".De igual xeito Manuel Cao e Isabel Fraga esperan que este novo xuízo sirva "como exemplo" a El Corte Inglés e a outras empresas. "Aínda hai xente en El Corte Inglés, dentro dese grupo de 'amiguitos', que o están defendendo, que din que é inocente, que foi un complot contra el no que nos unimos catro para facerlle a vida imposible. A ver se así recapacitan", di Isabel Fraga, que conclúe: "Ogallá poidan cambiar as cousas nesa empresa, polo ben da xente que segue traballando aí e que pode sufrir o que eu sufrín, pero non teño moita esperanza". |
PRAZA_10332 | Shanghai a Barcelona, Xelís, o guieiro das botellas de mar e Os corpos invisibles publicaranse en outubro, momento no que as súas autoras e autor recibirán os galardóns. | Os Premios Xerais 2019 veñen de dar a coñecer as gañadoras e gañadores das súas tres categorías. Amador Castro foi galardoado co Premio Xerais de Novela por "Shanghai a Barcelona", Emma Pedreira fíxose co Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil por "Os corpos invisibles", e Rosa Aneiros obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil por "Xelís, o guieiro das botellas de mar". Cada un deles está dotado con 10.000 euros. Os galardóns serán entregados en outubro, coincidindo coa publicación das tres obras gañadoras.Os galardóns serán entregados en outubro, coincidindo coa publicación das tres obras gañadorasO xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, ao que concorreron 44 obras, estivo formado por: Ana Belén Moreda (profesora), Carlos Feijoo (avogado), Helena Torres (xestora cultural), Nuria Vil (poeta), Ana Abelenda (xornalista) e o profesor, crítico e escritor Ramón Nicolás. "Shanghai a Barcelona" é unha novela sobre a emigración galega a Barcelona e, de feito, Amador Castro Moure naceu en Nandulfe-Chantada mais vive dende a súa infancia en Barcelona. Ten publicados dous libros: Memorias de antes do encoro (2013) e Pillabán, pillabán (2018)."Shanghai a Barcelona" é unha novela sobre a emigración galega a BarcelonaO xurado destaca "o orixinal emprego das voces narrativas, fiadas unhas con outras con afán de continuidade; destacamos a viveza e naturalidade dos diálogos e a efectiva creación dunha atmosfera abafante ao longo de toda a novela, alén da fusión dun rexistro coloquial nos personaxes cunha linguaxe lírica presente en forma de haikus"."Éncheme o corpo todo un enorme sentimento de agradecemento para toda a xente que sempre creu en min", di Castro, que explica que "comecei tarde nisto da novela. Non na literatura" e que atopou "na informática o máis parecido a un proceso creativo". "Os anos pasaron a ritmo vertixinoso sen sequera darme tempo de aprender o retrouso. Para máis eses anos non foron quen de matar o verme literario que seguía a roer por dentro", engade."Os corpos invisibles"O xurado da XI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, no que concorreron 20 obras, estivo formado por: Javier Balea (divulgador científico, creador de "Moléculas en galego"), María Cerdeira González (estudante de Ciencias da Educación), David Díaz Díaz (profesor de Lingua galega e literatura, coautor de "Bolboretas no bandullo"), Tensi Gesteira Estévez (responsable do blog "Lecturafilia"), Olga Nogueira (profesora de Lingua galega e literatura) e a profesora da Facultade de Ciencias da Educación da UVigo e crítica Isabel Mociño González."Téñolle moitísimo respecto á literatura escrita para ese que é o público máis esixente, natural, curioso pero tamén o máis agradecido, o infanto-xuvenil"O xurado destacou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres".Pedreira, filóloga, poeta e narradora, forma parte da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Ten publicado unha ducia de poemarios e cinco novelas. Coa máis recente (Besta do seu sangue) gañou o Premio Xerais de Novela o pasado ano. "Téñolle moitísimo respecto á literatura escrita para ese que é o público máis esixente, natural, curioso pero tamén o máis agradecido, o infanto-xuvenil. Tardei en chegar ate aquí e decidirme a escribir unha historia que me levase a dialogar coa xente máis nova ou, mellor aínda na que eu puidese facer de medium para que a historia fale coa rapazada", di a autora."Xelís, o guieiro das botellas de mar"O xurado destacou a construción dun universo propio, habitado por unha rica galería de personaxes para tratar a problemática actual da crise ecolóxica e da contaminación do plásticoO xurado da XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, no que concorreron 28 obras, estivo formado por: Sabela Fernández Trelles (profesora e asesora en Educación Infantil e Primaria), Sira González Rodríguez (bibliotecaria), María Jesús Iglesias García (profesora de Educación Infantil e Primaria), Ángel Iglesias Mariño (profesor e membro de Espazo Lectura), Andrés Meixide Gayoso (deseñador gráfico e ilustrador) e o crítico e escritor Miguel Vázquez Freire.O xurado destacou a excepcional construción dun universo propio, habitado por unha rica galería de personaxes que se sitúan entre o fantástico e o real, para tratar a problemática actual da crise ecolóxica e da contaminación do plástico.A xornalista Rosa Aneiros ten publicado un gran número de obras, entre as que destaca Sol de Inverno, coa que gañou no ano 2009 o Premio Xerais de Novela. No vindeiro mes de setembro aparecerá publicado na colección Merlín de Xerais "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea", obra coa que gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018."É unha obra de denuncia do deterioro do planeta, en particular dos océanos pola contaminación dos plásticos, pero tamén unha obra de esperanza sobre o poder da amizade e da forza do nós. Sempre hai unha botella ao mar para bisbarnos á orella", destaca Aneiros. |
PRAZA_19480 | A TVG é a principal ferramenta para a nosa produción audiovisual. Arestora a galega é a canle estatal que máis inviste en termos relativos en series de ficción. Mais as cifras haberían mellorar en documentais e longametraxes. | Un ano máis, a entrega dos premios Mestre Mateo que organiza a Academia galega do Audiovisual constitúe un bo momento para analizarmos as actuais dificultades do sector. Un sector que é industria (por certo dos sectores industriais menos subvencionados con fondos públicos) e compre reactivalo como tal. Mais tamén é cultura. E os países sen cultura (os países sen industria audiovisual) non existen, como ben dixo Carlos Ares, presidente da devandita Academia, na Gala de entrega deses premios. O desleixo cara ao audiovisual e, en xeral, cara á cultura da Administración galega ao longo dos oito anos de goberno Feijóo contribuíu agravar substancialmente unha moi fonda depresión que o sector é o primeiro en sufrir e o derradeiro en deixar: son os recursos para publicidade o primeiro que recortan as empresas e os recursos para industrias audiovisuais e culturais o primeiro que cortou este Goberno. Das resultas desta grande depresión o sector ficou moi desartellado. Desfíxose en grande parte o traballo desenvolvido dende a Lei do Audiovisual do 1999 por varios Gobernos, como recoñecen as empresas do sector. En realidade, o principal recurso que fica no noso audiovisual son os seus excelentes profesionais: guionistas, técnicos, actores, directores…Mais a realidade cotián dos nosos actores é arrepíante: o 60% dos artistas galegos acadaron ingresos anuais inferiores aos 6000 €, o que os bota de cheo na pobreza. Os artistas sofren dunha grave desprotección social vencellada ás graves limitacións da súa relación laboral especial, inzada de cotizacións só por días ou por findes que lles impide acadar prestacións por desemprego ou xubilación. Velaí a urxencia de aprobar o Estatuto dxs traballadorxs do audiovisual, que lles equipare coa protección social dos traballadores doutros sectores. Na cuestión industrial, compre lembrar que a TVG é a principal ferramenta para a nosa produción audiovisual. Arestora a galega é a canle estatal que máis inviste en termos relativos en series de ficción. Mais as cifras haberían mellorar en documentais e longametraxes. A galega é unha das canles públicas que menos lle custa ao cidadán na Unión Europea e a súa existencia débese á promoción da nosa lingua e cultura no mundo, incluídos os nosos produtos audiovisuais. O sector ten grandísimas potencialidades e os inmediatos retos tecnolóxicos están aí. O audiovisual galego ha ser un asunto de País. |
NOS_6678 | Malia non ter que lamentar ningún falecemento entre a noite desta segunda feira e onte, si se detectou un repunte de 251 contaxios. Polo de agora, segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública, hai 4.460 casos activos. | A cifra de contaxios da Covid-19 no país ascendeu en 251 entre a noite desta segunda feira e onte. Así o comunicou hoxe a Dirección Xeral de Saúde Pública, que aclarou que hai 4.460 casos activos. O número de persoas que padecen a enfermidade aumenta constantemente malia que nas últimas 24 horas houbo 141 altas de doentes e non houbo que lamentar ningún pasamento. Mais este último dato algo esperanzador non implica que os puntos máis febles na loita contra o virus non continúen nunha situación crítica. De feito, houbo un gran gromo entre as e os residentes da residencia que a Fundación San Rosendo ten no concello de Lobeira. Por zonas, a Consellaría de Sanidade explicou que o número de afectadas caeu un pouco nas áreas sanitarias da Coruña e Cee e Lugo, pero aumentaron nas outras cinco, en especial na de Ourense, con 51 máis. Precisamente 47 deses casos son no xeriátrico Nosa Señora do Viso. Desta maneira, na demarcación da Coruña e Cee os casos activos polo virus sitúanse en 1.110 (catro menos que un día antes) e na de Lugo en 679 (oito por debaixo). En Ourense as doentes xa son 602 (51 máis); na zona de Pontevedra e o Salnés chegan até 736 (34 a maiores); e rexístranse 633 na de Santiago e Barbanza, sumando seis novos contaxios. No caso de Vigo hai outras 22 veciñas e veciños infectados e xa alcanzan as 511 e en Ferrol hai que falar de 189 doentes, nove máis que esta terza feira. Até hoxe na Galiza curáronse 17.308 persoas e producíronse 721 falecementos. Segundo Sanidade xa se practicaron 440.382 PCR. |
PRAZA_6247 | A selección galega feminina revalida o título de campioa de España logo de vencer en todos os partidos do torneo disputado a pasada fin de semana nas Canarias. | As rapazas galegas volven triunfar na area. A selección galega feminina de fútbol praia revalidou o seu título de campioa de España esta fin de semana en Gran Canaria, confirmando así o seu dominio nesta modalidade e un novo éxito de Pilar Neira, a seleccionadora que regresa ao país cun novo título baixo o brazo. A selección galega revalidou o seu título de campioa de España Malia a condición case amateur desta selección e á falta de recoñecemento que moitas veces sofre, Galicia volveu impoñerse a todas as adversidades e venceu as Balears no último encontro do torneo por 4-3. Nin falta lle facía gañar á Irmandiña, que chegou ao derradeiro partido do campionato coa única necesidade dun punto para acadar o trofeo logo de vencer nos tres anteriores encontros. Melilla caeu por 11-1, Cataluña 5-4 e Murcia 4-3. E Galicia marchou das Canarias invicta e gañando todos os seus compromisos. É un novo éxito no fútbol feminino galego, que na súa modalidade habitual e maioritaria conta cunha estrela mundial como Verónica Boquete e que no fútbol sala acumula éxitos e títulos co Burela Pescados Rubén. Na area, as galegas tamén están na elite. Vanesa, Anarea, Ana Bermúdez, Marta Rodríguez, Natalia de Francisco, Raquel, Sara González, Joana, Anarea e Sheila Fernández foron desta vez as protagonistas do éxito. Ademais, en categoría masculina, a selección galega acadou un meritorio terceiro posto. |
NOS_43275 | Sermos Galiza suma un novo semanario en papel e faino coa ollada posta no 8M, en que se conmemora o Día da Muller Traballadora. Dedicamos gran parte do número 337 a contidos relacionados coa igualdade. | Aínda que cada número do Sermos Galiza en papel está concibido baixo a perspectiva de xénero, este 337 centramos aínda máis a ollada nas mulleres, que protagonizan as primeiras páxinas do semanario. Así, o Tema de Primeira consiste nunha reportaxe sobre as reivindicacións da folga do 8M, que inclúe unha listaxe coas principais mobilizacións que terán lugar ao longo da Galiza. Continuamos cunha información a respecto da desigualdade nos centros de ensino que segregan o alumnado por razóns de xénero e con outra sobre os anuncios de prostitución en medios de comunicación. A mercantilización do feminismo por parte de grandes firmas da industria téxtil é outro dos temas que recollemos neste número 337. No apartado de economía, coñecemos as razóns da operación falida de Abanca con Liberbank, mentres que en política viaxamos a Pontevedra para atendermos ás previsións electorais dos comicios municipais de maio. Aliás, "A tiranía do capital em América Latina" é a análise do economista Joám José Romero Durán na sección de internacional. O tema principal do Fóra de Serie tamén é protagonizado polas mulleres, pois resgatamos os libros galegos que sentaron as bases do feminismo no país. A entrevista centrámola no mundo da banda deseñada, da man dun dos maiores expertos na materia, Xulio Carballo. As columnas da escritora Míriam Ferradáns e da catedrática de Filosofía Carme Adán completan unha sección que esta semana recolle a crítica literaria de Mario Regueira a Rosalía feminista e a de cinema de Andrés Castro a Infiltrado no KKKlan. Ademais, Rebeca Castro escribe sobre a súa última obra. En canto á receita, Mercedes Espiño convídanos a preparar unhas tortiñas de lentellas con espinacas e quinua. Que mellor que facermos a dixestión da man do colectivo XEA paseando pola costa de Tirán, en Moaña. Os campos de concentración de Muros son outro dos contidos deste número de Sermos Galiza, que recolle o selfie con Luís Davila "O Bichero". A respecto da opinión, escriben no 337 do semanario en papel María Pilar García Negro e Xavier Queipo. Aliás, Xoán Costa descóbrenos Enid Blyton en "A ollo nu". Acompaña o semanario o número 10 do caderno Sermos Escola, editado pola AS-PG. Podes mercar o semanario nos quiosques a partir da quinta feira, día 7 de marzo, ou a través da loxa. |
NOS_28272 | Critican que a Xunta non lles deixara participar na confección do protocolo para a organización das eleccións do 12 de xullo. | Os concellos galegos, representados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), sinalan as "dificultades que a COVID-19" lles xera na "organización dos comicios" polo que urxe "traballar nas cuestións non resoltas do protocolo elaborado exclusivamente pola Xunta". O presidente da Fegamp, Alberto Varela, manifestou que este "é un protocolo xa aprobado" que obriga aos gobernos locais a "axustarse a esas condicións". Por iso, comunicou á Xunta que "os concellos necesitan empezar a traballar canto antes, porque nestas circunstancias" vai levar " moitísimo tempo". Así o trasladou ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) deste sábado. Na mesma, tamén instou ao Goberno galego a "prever medidas ou instrucións" para as verbenas, no caso de que se poidan celebrar. |
PRAZA_7395 | O Celta volve gañar en Balaídos tres meses despois e logra tres puntos salvadores para evitar caer á zona de descenso. | O Celta logrou esta mañá en Balaídos un merecido triunfo por 3-1 ante o Valladolid. Iago Aspas marcou dous tantos, un deles de penalti, e Álex López completou a conta cun gran gol pola escuadra. Alberto Bueno aproveitou un erro de Javi Varas para anotar tamén de penalti o tanto visitante. O Celta volve gañar en Balaídos tres meses despois e logra tres puntos salvadores para evitar caer á zona de descenso. O Celta volve gañar en Balaídos tres meses despois e logra tres puntos salvadores para evitar caer á zona de descenso Na mañá de Reis en Balaídos dous equipos coa fama de tratar ben o balón, os dous ascendidos de segunda, regaláronnos un partido vistoso no que os dous quixeron gañar. Chegaba o Celta necesitado despois de sumar só unha vitoria en dez partidos e o Valladolid con menos urxencias pero máis baixas. Cinco xogadores, Óscar, Ebert e Víctor Pérez mancados, Rueda sancionado e Manucho na Copa de África, perdéronse o choque polo Valladolid. Debutou o reforzo invernal Larsson, mentres que Demidov nin sequera entrou na convocatoria do Celta. Park substituíu na dereita ó sancionado Augusto Fernández. A pesares do horario matutino nun día más propio de abrir agasallos que de fútbol case 15.000 persoas congregáronse no estadio vigués A pesares do horario matutino nun día más propio de abrir agasallos que de fútbol case 15.000 persoas congregáronse no estadio vigués. O Celta saíu ó ataque desde o comezo, con ambición na busca dos tres puntos. Nos primeiros compases o dinamarqués Krohn-Delhi disparou lixeiramente desviado. No minuto oito, o Celta roubou unha pelota en campo propio, o dinamarqués puxo o periscopio e brindou un pase preciso ó espazo para a carreira de Iago Aspas. O moañés gañoulle a partida o central e definiu o primeiro da mañá ante Dani Hernández. Pouco durou a alegría nas bancadas. O meta Javi Varas perdeu un balón na área e trabou a Javi Guerra. Penalti claro e cartón marelo. Puido ser mesmo vermello se o colexiado Velasco Carballo, un dos máis valorados, fose máis rigoroso. Alberto Bueno empataba tres minutos despois do tanto do Celta. O conxunto vigués seguía dominado o esférico, pero xeraba máis perigo á contra, cando o Valladolid gozaba de posesións longas. Paco Herrera cambiou varias veces ós extremos de banda, de modo que Krohn-Delhi íase cara a dereita e Park cara a esquerda. No minuto 28 o colexiado decretou un novo penalti por un discutible empuxón de Balenziaga a Iago Aspas nun centro desde a esquerda. O defensor viu o cartón marelo, mentres o dianteiro golpeouse co pau na man e xogou vendado o resto do choque. Houbo que repetir a pena máxima, pero Aspas anotou á segunda volta superando a Dani Hernández. Así respondía ó seu adestrador, que lle pedira máis antes do Nadal, e tamén ante os cantos de serea do Swansea de Michu. O dianteiro converteuse nun dos Reis Magos da mañá futbolística. O propio Aspas gozou doutra ocasión uns minutos máis tarde, pero un defensa abortou ó seu pase de gol a Park. Antes do descanso foi o Valladolid quen replicou con dous remates de Valiente e Bueno. Aspas respondeulle ó seu adestrador, que lle pedira máis antes do Nadal, e tamén ante os cantos de serea do Swansea de Michu. O dianteiro converteuse nun dos Reis Magos da mañá futbolística No segundo tempo o Valladolid saíu disposto atacar, pero o Celta replicaba. No minuto 6, Álex López anotou un gran gol pola escuadra nun disparo desde a frontal da área. O ferrolán foi o segundo Rei Mago. O Celta poñía terra de por medio, pero o Valladolid íase arriba. Aínda así, as ocasións máis claras seguían sendo galegas. Hugo Mallo, que completou un gran partido desde o carril dereito, disparou arriba tras unha boa xogada de combinacións. Bermejo e de novo Iago Aspas volvían probalo, pero o Valladolid aínda non se rendera. Omar primeiro, Larsson despois e o incorporado Pla cunha chilena obrigaron a intervir con acerto a Javi Varas. O partido agonizou entre ovacións ós substituídos no Celta, sobre todo ó dobre goleador Iago Aspas. Paco Herrera quería sumar seis puntos nos dous primeiros partidos do ano e últimos da primeira volta para afastarse da zona perigosa Paco Herrera quería sumar seis puntos nos dous primeiros partidos do ano e últimos da primeira volta para afastarse da zona perigosa. Xa logrou gañar o primeiro e se coloca no décimo quinto lugar tres puntos por riba do descenso. Agora, antes de ir a gañar o segundo a Cornellá, agárdalle un caramelo: a volta da Copa no Bernabéu. |
NOS_21090 | 24 das feridas precisaron de atención en centros sanitarios. | Un total de 115 persoas resultaron feridas nas cargas policiais que esta segunda feira tiveron lugar no aeroporto do Prat contra manifestantes que se mobilizaban contra a sentenza do Supremo que condenada a anos de prisión a líderes independentistas. Desas persoas, 24 precisaron atención en centro sanitario. Un rapaz de 22 anos de idade que perdeu un ollo e outro de 19 que perdeu un testículo (ambos por disparos de axentes policias, o primeiro por pelota de goma e o segundo por proxectil foam) foron os casos máis graves polo de agora. Son datos fornecidos desde Som Defensores, un dispositivo activado por asociacións e entidades que traballan nos dereitos e liberdades civís, houbo seis casos de persoas que recibiron impactos de proxectís de foam, cinco por fortes golpes de porra na testa e 16 con lesións de diverso tipo. As observadoras de Som Defensores tamén rexistraron limitacións de movemento e agresión verbais por parte dos axentes, para alén de que nas cargas houbo 11 xornalistas agredidas. |
NOS_22239 | O alto tribunal insta ao Ministerio de Sanidade a empregar "todas as medias ao seu alcance" para garantir que as profesionais sanitarias dispoñan de equipos de protección individuais (EPIs). | A sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo acordou esta segunda feira requirir ao Ministerio de Sanidade a adopción "de todas as medidas ao seu alcance para que teña lugar efectivamente a mellor distribución dos medios de protección das profesionais sanitarias" para o exercicio do seu labor na loita contra o coronavirus. Así mesmo, solicita ser informado cada 15 días das medidas adoptadas polo Goberno español para o efectivo cumprimento desta orde que pretende garantir os dereitos fundamentais das profesionais. Deste xeito, o alto tribunal crea unha medida cautelar propia como consecuencia do requirimento que lle realizou a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) ao comezo do estado de alarma, que non estimou aplicábel literalmente. Lembra o Supremo que neste momento non procede analizar se existe unha inactividade da Administración (que é o que expoñía o sindicato no seu requirimento) debido a que este extremo resolverase cando se analice o fondo do asunto e se resolva en sentenza. Con todo, o tribunal si considerou que o interese público esencial e común de preservar o dereito fundamental á integridade física e o dereito á saúde das profesionais sanitarias, así como das persoas ás que asisten, exixen outras cautelas que procede acordar. |
NOS_13185 | A formación nacionalista transmite nun comunicado a súa preocupación polas negociacións que se están a levar a cabo en Bruxelas e teme un "rescate duro" do Estado español. | O BNG emitiu este domingo, a través dun comunicado da súa Executiva Nacional, que os orzamentos europeos e o fondo anticrise tras a Covid-19 non fagan distincións entre "países de primeira e países de segunda" nin impoñan condicións "leoninas" para acceder aos fondos. É a reacción da forza nacionalista ao cume europeo sobre a reconstrución económica tras a crise xerada polo coronavirus. A formación indicou que, máis aló dos "eufemismos que se empreguen para a súa denominación", é "evidente que o Estado español sufrirá un rescate duro" e criticou que a Unión Europea (UE) queira aplicar as mesmas políticas que na anterior crise "agravaron" a situación. A formación que lidera Ana Pontón aposta por que o Consello Europeo manteña o Fondo de Recuperación sen rebaixalo de 750.000 euros e por unha renegociación da débeda actual e unha mutualización da futura, sen condicións que "repercutan no plano laboral, nas pensións ou nos investimentos para a recuperación". Ao xuízo do BNG, é "inaceptábel" que haxa unha "ameaza" de bloqueo por parte dos chamados estados "frugais". O pago de axudas de reconstrución, agregou "non debe estar sometido a unha nova condicionalidade macroeconómica que implique máis recortes". O BNG rexeitou tamén unha redución dentro do Marco Financeiro Plurianual dos Fondos de Cohesión e da Política Agraria Común. "En economías como a galega", salientou, ten un peso "especial" o sector agrogandeiro, polo que isto resultaría "preocupante". A formación nacionalista considera que o problema "non é só a posición insolidaria e de veto" de países como Suecia, Países Baixos, Austria e Dinamarca, e a "débil posición" do Estado español nas negociacións, senón "o propio proxecto último da Unión Europea". No seu comunicado lembra que foi "especialmente crítico" co modo de integración do Estado español na UE e o é na actualidade co "modelo de rescate para os estados máis damnificados" pola pandemia". É, agregou, "inadmisíbel" que a resposta sexa "tan tardía" e que "non se prime a solidariedade". |
NOS_56737 | Francisco Martínez, Quico (Cabanas Raras, O Bierzo, 1925) é o único membro vivo da Federación de Guerrillas de Galiza e León. Entrevistamos o que foi dirixente guerrilleiro durante máis de cinco anos aproveitando a súa recente visita a Galiza, onde participou en diversos actos de restauración da memoria antifranquista. | Que queda en Quico do guerrilleiro que se enfrontou con todas as consecuencias ao fascismo? Queda o esencial, que non renunciei ás conviccións e o que fago é para levar esas conviccións adiante. Que é ser hoxe comunista? É para algúns a reivindicación da súa identidade, por exemplo, a miña, e outros ao mellor teñen outro punto de vista porque vivimos nun contexto diferente. A interpretación que podería ter un mozo coma min aos 15 ou 20 anos é diferente da que ten un mozo hoxe porque o mundo cambiou. Non hai as mesmas motivacións e entón o superficial non che dá a convición. É conxuntural a opción comunista como un obxectivo a longo prazo e como unha utopía que ao mesmo tempo te forma como queres ser e como queres que sexa a sociedade. E que significa para a loita antifranquista a Federación de Guerrillas de Galiza? Moito, porque a pesar de non ter estado nas primeiras páxinas da historia como modelo foi xustamente o dispositivo fundamental para concibir o movemento guerrilleiro como movemento e non como un instrumento de partido. É unha cultura totalmente diferente. Non se creou desde un partido ou desde un proxecto. Alí foi a espontaneidade a que aglutinou todos os pensamentos progresistas ao redor da loita armada polas circunstancias do propio inimigo. O que será o modelo guerrilla-vangarda, que se imporá nos anos sesenta, a partir da experiencia cubana ten un antecedente na cultura política da federación? Debería selo pero seguramente non o foi en moitos lugares. A data de caducidade é anterior. Non puido desenvolverse como proxecto porque fomos derrotados pero a federación foi o proxecto da Fronte Popular, identificada polas diferentes correntes e espontaneamente feita por ese pobo, que era a imaxe natural do que o pobo votara no 36, era a vontade do pobo. Non prosperou porque quedou confinada nunha parte do país e despois son outros factores que minimizaron esa experiencia ao redor dun proxecto tamén guerrilla e de loita armada que non era o mesmo. Eu pertencía aos dous. En relación a iso, que variábeis novas e de ruptura coa federación introduce a tradición do Exército Guerrilleiro de Galiza e o modelo de agrupacións? Hai unha loita pola hexemonía, pero non hai ruptura porque fomos compañeiros até o último momento. O noso compañeirismo e o noso proxecto era unha visión común, mais os medios de facer pública a cuestión supuxo unha separación de opinións nun momento no que o antifranquismo está mediatizado entre quen cremos que hai que resistir e outros que quizais eran máis intelixentes –aínda que para nós daquela traizoaban a causa– e que optaron por unha vía con xuízos máis axustados á realidade e que dixeron que non se podía reconducir a loita armada. Eu atopeinos máis tarde e tivemos discusións entre irmáns moi fortes, ningún tiñamos razón porque todos estabamos condenados ao fracaso. A eles enganáronnos pensando que había unha solución pacífica, ninguén os apoiou, e cando pasan ao estranxeiro tanto ao Gafas como ao Ríos como a outros deixáronos no esquecemento como me deixaron a min no Partido Comunista. Os pobos sofren as consecuencias de que, desde determinados aparatos, manexan cuestións nas que non acertan, mais non admiten que non acertan. Fomos todos vítimas dese tipo de operacións. [Podes ler a entrevista íntegra no número 328 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_13319 | Máis de trinta bandas e artistas ateigarán, entre o 9 e o 11 de agosto, o porto e o parque de Dona Concha en Vilaxoán. O festival Revenidas volve reunir un cartel de espírito punk, incitación ao baile e música de máis ou menos combate, entre o hip hop de Rebeliom do Inframundo ao tropicalismo galaico de Los Jinetes del Trópico. As entradas custan 25 euros por día ou 41 un abono para as tres xornadas. Velaquí cinco concertos imperdíbeis na cita arousá: | Gatillazo (sábado). Gatillazo son La Polla despois de La Polla aínda que agora La Polla está de volta. É o proxecto que ergueu o carismático vasco galego Evaristo Páramos finiquitada a traxectoria dos responsábeis de pezas mestras do punk ibérico como Salve (1984), Revolución (1985), No somos nada (1987). Profunda nas mesmas chaves: aires Dead Kennedys, ilustrada lírica de combate, salvaxe sarcasmo. E en directo non esquecen os clásicos de La Polla. Skacha (sábado). Hai uns meses, Skacha anunciou por sorpresa o seu regreso aos escenarios despois de nove anos parada. Street punk de barrio vigués, orgullo obreiro e apoloxía da desobediencia, cinco gravacións puntúan a existencia dunha banda sempre á marxe dos circuítos convencionais e que, aínda así, xunta unha nutrida freguesía de incondicionais. Desde Catro (2010) non publica música nova. Gogol Bordello (domingo). O disco de 2005 que situou esta banda ucraíno estadounidense no mapa sintetizaba no título a súa proposta: Gipsy Punk [Punk Xitano]. Descendente directa do santoral Mano Negra, The Pogues e The Clash, as súas aceleradísimas actuacións concentran elevada enerxía, ambiente festeiro desbocado e o espectáculo inigualábel do seu líder, Eugene Hütz. O seu último traballo é Seekers and Finders (2017). Bastards On Parade (domingo). Se a crítica fala de folk punk para se referir aos fillos bravos de Shane MacGowan, cos coruñeses Bastards on Parade cómpre darlle a volta ao sintagma. O seu punk folk celta emparenta con referencias do subxénero como os estadounidenses Dropkick Murphys. Cara á liberdade titúlase a súa gravación de estudio do pasado ano, en que bourean guitarras eléctricas, sección rítmica de batería e baixo, gaitas e acordeón. O Leo i Arremecághona (domingo). Cantautor punk, trobador antifolk, músico vagabundo e militante que reivindica por igual Billy Bragg e Suso Vaamonde, Son House e Mini e Mero, The Birthday Party e Radio Océano. Ducias de concertos ao ano, en bares e festivais, en centros sociais e auditorios públicos, canalizan a súa agudísima lírica, pura intelixencia e un axustado retrato do país. |
PRAZA_11976 | As vitorias de Dépor e Celta -por idéntico resultado de 4 a 1- permítenlles ocupar os dous postos de ascenso directo a Primeira División. Gran xornada tamén para o básquet galego, con vitorias de Obradoiro, Breogán, Ourense, Leyma Coruña e Celta. | As vitorias de Dépor e Celta -por idéntico resultado de 4 a 1- permítenlles ocupar os dous postos de ascenso directo a Primeira División. Gran xornada tamén para o básquet galego, con vitorias de Obradoiro, Breogán, Ourense, Leyma Coruña e Celta. Fútbol Segunda División Celta 4 1 Recreativo Hércules 1 4 Deportivo Segunda B Coruxo 0 1 Tenerife Marino 0 0 Lugo Alcalá 1 0 Celta B Montañeiros 1 0 La Roda Terceira Racing Vilalbés 2 0 Bergantiños Dorneda 1 1 Alondras Somozas 1 0 Vilalonga Betanzos 1 3 Ordes Cerceda 1 1 Cultural Areas Pontevedra 1 1 Negreira Xuventú Sanxenxo 1 1 As Pontes Deportivo B 2 1 Rápido de Bouzas Racing de Ferrol 1 2 Estradense Lalín 1 3 Ourense Baloncesto Blusens Mombus Obradoiro 89-87 Caja Laboral C.B. Breogan Lugo 86-75 Lobe Huesca Rc Celta Baloncesto 61-60 Hondarribia - Irún Tenerife Baloncesto 65-81 Leyma Natura Basquet Coruña Gandia Basquet 73-83 Aguas de Sousas Ourense Balonmán Academia Octavio 26-29 Caja3-Bm. Aragon Gijon Jovellanos 27-29 S.D. Teucro Bm. Alcobendas 26-26 Frigorificos Morrazo Cangas Voleibol Club Vigo Voleibol 3-0 Voley Guada |
NOS_16823 | As entregas do curso de horta na casa 'Mans á Terra' arrancan mañá. | A entrega sobre a publicación monfortina A Voz do País pon remate ao coleccionábel sobre a prensa en galego entre 1840 e 1912, que Nós Diario ten distribuído ao longo do mes de marzo. Segundo o autor do traballo referido a este xornal, o historiador Xesús Torres, trátase "dun semanario na transición do rexionalismo ao nacionalismo, previo á eclosión das Irmandades da Fala, que tivo como director a Victoriano Rodríguez Gómez, membro de Solidaridad Gallega e un dos asinantes do Centro Solidario de Monforte, xunto co notario Banet Fontenla". Neste sentido, Torres desmente o equívoco sobre a adscrición da publicación a Solidaridad Gallega", xa que "en 1912 o movemento Solidario xa estaba morto". O coleccionábel das primeiras manifestación xornalísticas en galego ocupouse de 14 cabeceiras. A primeira delas, O Seor Pedro, saíu do prelo en 1840, debendo agardar a 1860 para que unha publicación semellante, O Vello do Pico Sagro, vise a luz, sinalando o autor dos estudos introdutorios sobre as mesmas, Xoán Costa, que "O Vello do Pico Sagro como O Seor Pedro podemos consideralo máis un exemplo de protoxornalismo". Porén, Costa, autor tamén dos traballos referidos O Tío Marcos d'A Portela, A Monteira, O Labrego e As Burgas, entende que "se hoxe existe prensa galega é polo labor pioneiro destas publicacións". A colaboradora de Nós Diario Cilia Torna, autora dos estudos referido a Galicia, Cencias, Literatura, Artes; A Gaita Gallega; O Novo Galiciano e A Tía Catuxa destaca a intencionalidade política existente tras as mesmas. "Foron unhas expresións do movemento rexionalista, que actuaron como organizador colectivo e ferramentas de axitación do mesmo. Os seus contidos responderon á orientación das publicacións da corrente social protonacionalista, destacando pola súa firme defensa da lingua e da creación cultural en galego, a súa denuncia do caciquismo, como exemplo máis definitivo da democracia desvalorizada do réxime político da I Restauración borbónica e a súa critica ás condicións de vida das maiorías sociais do país". Novo coleccionábel: 'Mans á terra" O remate das entregas sobre a prensa en galego dá paso a un novo coleccionábel titulado Mans á terra. A publicación, que se achegará aos lectores e lectoras de Nós Diario da terza á sexta feira durante o mes de abril, comprende 17 leccións básicas para poder comezar a cultivar a horta desde cero, cunha aproximación aos principios da agricultura ecolóxica, reparando na reutilización de materiais que habitualmente acaban no lixo, así como na preparación de remedios naturais e caseiros para fortalecer e protexer a horta. A autoría do fascísculos de Mans á terra corresponde a Eva Cameán (Carballo, 1994), voluntaria e monitora da escola ambiental da Asociación Senda Nova e unha das impulsoras da horta comunitaria Sementando no Espazo de Carballo. Afirma que "é un curso que fornece dos coñecementos necesarios para comezar a cultivar unha horta na casa, e que pode pór en práctica tanto quen dispoña dun espazo de terra grande como para quen viva nun piso, teña ou non varanda". "As lectoras e os lectores atoparán neste suplemento as nocións básicas para cultivar por si mesmas dun modo sustentábel, respectuoso co medio, apostando pola ecoloxía e a reutilización de elementos", destaca Cameán, quen engade que "paso a paso, de forma cronolóxica e ordenada, iremos vendo o que cómpre facer, adquirindo coñecementos básicos para poder comezar a cultivar a horta desde cero". |
PRAZA_6223 | O Ministerio ábrelle expediente informativo polas "demoras excesivas" que se dan acotío nas peaxes, algo que xa fixera hai dous anos sen resultado ningún. | As queixas de usuarios, oposición, Xunta e mesmo do Valedor do Pobo parece que deron resultado. O Ministerio de Fomento vén de abrir un expediente informativo a Autoestradas da Atlántico (Audasa) polas "demoras excesivas" que se dan en "reiteradas ocasións" nas peaxes da AP-9 e que causaron "retencións inxustificadas do tráfico" durante as primeiras semanas deste verán. Fomento expedienta a concesionaria polas "demoras excesivas" nas peaxes Teo, Miño, O Salnés ou O Morrazo, entre moitos outros lugares, sofren importantes retencións cada vez que a climatoloxía permite milleiros de galegos achegarse ás praias. Malia os importantes atascos, que superan os tres quilómetros e unha hora de tempo en moitos casos, Audasa non dá solucións e nunca abre as peaxes. Segue a cobrar os elevados importes, malia que non dá o servizo requirido. O Valedor criticou con dureza á concesionaria e abriu unha investigación, mentres que a Xunta limitouse a darlle "toques de atención". Agora, Fomento confirmou o expediente logo de requirirlle en varias ocacións que "corrixise" os atascos. Ao non ter constancia "da subsanación" destes problemas, decidiu ir máis aló e expediéntaa por "posible incumprimento das obrigas de prestación do servizo ao usuario coa correcta dilixencia", tal e como se recolle no seu contrato de concesión. O Ministerio solicita a Audasa que arranxe o problema dos atascos axiña tras comprobar que non lles dá solución ningunha Solicítalle que se arranxen os atascos axiña e que poña as medida necesarias para facelo. O expediente informativo instruirase pola Inspección de Explotación da AP-9 no prazo máximo de dez días a partir da data da resolución. Ademais, a ministra de Fomento, Ana Pastor, deu instrucións para que se acudan, durante os momentos de maior afluencia nas peaxes desta vía, inspectores do ministerio, a fin de que "comproben in situ a adecuada prestación do servizo". Fomento xa expedientara a Audasa hai dous anos polos atascos nas peaxes Pero non é a primeira vez que Fomento expedienta a Audasa. Hai xusto dous anos, Fomento tamén lle abriu un expediente informativo polo colapso rexistrado a mediados de xullo nas peaxes no momento no que milleiros de galegos regresaban das praias. Nada fixo a empresa para arranxar unha problemática que se repite cada verán. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebra a medida do Ministerio ante os atascos "nunha das autoestradas máis importantes do Estado e cunha peaxe alta". "Estou totalmente de acordo", asegurou este martes. O BNG pide a comparecencia da ministra Ana Pastor Por outra banda, a deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou a comparecencia da ministra para que acuda á Cámara a dar explicacións sobre o "caos imperante na AP-9" e para abordar en sede parlamentar os "intolerábeis abusos da concesionaria Audasa que permite que miles de usuarios fiquen atrapados en enormes atascos cada fin de semana do verán". Para a deputada do BNG a "situación require de medidas contundentes por parte de Fomento como a aplicación de sancións, porque non é admisíbel que miles de cidadáns galegos e galegas fiquen atrapados en enormes atascos todas as fins de semana do verán só porque unha concesionaria avariciosa quer facer o agosto a conta da xente". Rosana Pérez afirma que "non hai xustificación na actitude da empresa que non só mantén o personal mínimo nas cabinas de cobro, senón que por riba se nega a levantar as barreiras en momentos de atasco". |
PRAZA_13313 | O primeiro ministro conservador de Hungría, Viktor Orban, leva dous anos no poder e conduciu ao seu país polo camiño do autoritarismo e o illamento internacional, segundo denuncia a oposición. | O primeiro ministro conservador de Hungría, Viktor Orban, leva dous anos no poder e conduciu ao seu país polo camiño do autoritarismo e o illamento internacional, segundo denuncia a oposición. Os seus detractores chámano "Viktador" e a Hungría, "Orbanistán". Con estes xogos de palabras a oposición quere demostrar á opinión pública europea que Hungría deixou de ser unha democracia, e aínda que aínda non é unha ditadura, camiña cara a un réxime político máis parecido ao ruso que ás democracias parlamentarias da UE. O partido de Orban, o Fidesz, controla dous terzos do Parlamento e esa maioría absoluta permítelle facer ao primeiro ministro húngaro o que lle dá a gana en materia lexislativa O partido de Orban, o Fidesz, controla dous terzos do Parlamento e esa maioría absoluta permítelle facer ao primeiro ministro húngaro, que ten 49 anos, o que lle dá a gana en materia lexislativa. Orban despreza a oposición e as protestas cidadás contra a súa política ultraconservadora. O seu obxectivo é controlar os aparellos do Estado, sobre todo o lexislativo, a xustiza, os mecanismos económicos como o Banco Central (MNB) e os medios de comunicación públicos, pero tamén privados. O marco legal, que é unha Constitución escasamente democrática que foi aprobada sen consultas previas en abril de 2011, deixa as mans libres a Orban. Un pragmático oportunista Para entender as causas do seu cambio de estratexia na última etapa hai que saber que Orban se enfronta a Jobbik, o poderoso partido de extrema dereita antisemita e racista liderado por Gabor Vona O mandatario húngaro non é un ultradereitista recalcitrante, senón un pragmático que ao longo da súa dilatada carreira política oscilou entre o centro liberal e a dereita radical. Para entender as causas do seu cambio de estratexia na última etapa hai que saber que Orban se enfronta a Jobbik, o poderoso partido de extrema dereita antisemita e racista liderado por Gabor Vona, que é terceira forza parlamentaria e ten o 17% dos escanos. As enquisas dan a Jobbik máis do 20% dos votos. "Orban non quere ceder votos a Jobbik e fai todo o posible por gañar apoios de sectores da extrema dereita. Este é un dos motivos polos cales leva a cabo unha política marcadamente conservadora", explica o politólogo Andras Mink. O dirixente húngaro "construíu un país ao seu gusto", asegura a directora do Instituto de Análises Políticas Magyar Progressziv Intézet, Kornélia Magyar. Os grupos opositores, como os socialistas do MSZP, o partido ecoloxista de esquerda LMP e a formación DK do ex primeiro ministro socialista Ferenc Gyurcsany, non teñen forza suficiente para pararlle os pés a Orban, que se atopa na metade da lexislatura. Presións de Bruxelas As presións europeas obrigaron ao primeiro ministro magiar a suavizar o contido dunha polémica lei que pretende o control dos medios e os xornalistas por parte do Estado A UE é nestes momentos a única barreira ao avance do autoritarismo de Orban. Bruxelas leva meses presionando a Budapest para que cambie de política e condiciona a concesión da axuda financeira que necesita o país centroeuropeo para saír da lameira económica a unha nova estratexia do dirixente húngaro. Orban deu marcha atrás nalgunhas cuestións, pero no esencial mantén a mesma política. A Comisión Europea (CE) puxo en mans da xustiza comunitaria a reforma xudicial e a protección de datos en Hungría, porque considera que o Goberno de Orban non dá garantías suficientes aos cidadáns. De momento, as presións europeas obrigaron ao primeiro ministro magiar a suavizar o contido dunha polémica lei que pretende o control dos medios e os xornalistas por parte do Estado, pero os escasos xornais e revistas independentes do poder seguen sufrindo acoso político e económico e o Goberno do Fidesz empeñouse en taparlle a boca á única emisora opositora, Klub Radio. Medidas populistas A política económica é "un fracaso espectacular" e tivo uns efectos sociais devastadores: 30% da poboación vive por baixo do limiar da pobreza Viktor Orban tamén se enfronta á UE no terreo da política económica. Tras tomar posesión do poder, o 29 de maio de 2010, proclamou que Hungría non tiña necesidade dunha axuda do Fondo Monetario Internacional (FMI), que acordou un préstamo de 20.000 millóns de euros ao país poscomunista para evitar a quebra financeira. Con todo, a política económica é "un fracaso espectacular", sinala o director de Investigación no Instituto Political Capital, Péter Kreko, e tivo uns efectos sociais devastadores: 30% da poboación vive por baixo do limiar da pobreza. Os analistas aseguran que Orban sabe que ten que cambiar de política económica se quere que a UE e o FMI axuden a Hungría a saír do pozo, pero de momento as espadas seguen no alto en Bruxelas e Nova York. En Hungría, Orban perdeu apoio da cidadanía. Segundo unha sondaxe do Instituto Political Capital, a súa popularidade pasou de 45,5% en 2010 a 22,3% en 2012. Correo Diplomático |
NOS_43842 | Convocados polas redes sociais realizouse hoxe na Praza do Obradoiro unha manifestación espontánea en protesta contra as medidas que anunciou o goberno de Rajoy. | As medidadas que anunciou hoxe Mariano Rajoy xa tiveron resposta na rúa. Hoxe, convocadas a través do facebook, uns centos de persoas concentráronse a última hora da tarde entre a catedral e o Hostal dos Reis Católicos. Con berros de "Rajoy dimisión" e "A extra de Nadal co cepillo da Catedral". Ao remate da concentración anunciouse outra para mañá a mesma hora tamén na praza do Obradoiro. A convocatoria xa está na rede. A través de Twitter tamén chegan informacións de concentracións na Praza de América de Vigo. Imaxe: @omtesouro |
PRAZA_20988 | O Rexistro de pegada de carbono creado en 2014 polo Goberno central só recoñece como "secuestradoras" de CO2 (e beneficiarias de financiamento) as masas forestais provintes dun cambio de uso do terreo ou as plantadas nun monte arrasado polo lume. A UE vén de recomendar un cambio de criterio para que se inclúan tamén as repoboacións en terreos forestais, como reclamaba a ORGACCMM | As únicas masas forestais recoñecidas como "secuestradoras" de CO2 e que polo tanto se poden beneficiar do financiamento ligado a este Rexistro "son as masas provintes dun cambio de uso do terreo ou as plantadas nun monte arrasado polo lume"No ano 2014 o Goberno central creou o Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono. Este mecanismo permite que as empresas que xeran emisións de gases de efecto invernadeiro inscriban a súa actividade e o cálculo da súa responsabilidade na contaminación do aire, acompañando este acto dun plan de redución de emisións. Ademais, estas compañías poden compensar unha parte da súa pegada de carbono mediante o apoio económica a unha serie de proxectos forestais distribuído por todo o Estado español cos que, a priori, contribúen á absorción de dióxido de carbono da atmosfera (o coñecido como "secuestro de carbono"). As empresas que reduzan as súas emisións ou que as "compensen" a través de proxectos forestais reciben un "selo" de calidade emitido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.A ORGACCMM advirte de que este mecanismo "está fomentando a regresión de terras agrarias e agrícolas a terreo forestal" e lembra a escaseza de terras de cultivo que sofre Galicia dende hai anosEste mecanismo foi criticado polo proceso de "lavado de cara" que supón para empresas contaminantes, que poden seguir contaminado se mercan "bonos de captura de CO2 para compensar o seu exceso de emisións de gases de efecto invernadoiro. Pero, ademais, varias entidades denunciaron nos últimos anos que as únicas masas forestais recoñecidas como "secuestradores" de CO2 e que polo tanto se poden beneficiar do financiamento ligado a este Rexistro "son as masas provintes dun cambio de uso do terreo ou as plantadas nun monte arrasado polo lume", sinala a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).A ORGACCMM advirte de que este mecanismo "está fomentando a regresión de terras agrarias e agrícolas a terreo forestal" e lembra a escaseza de terras de cultivo que sofre Galicia dende hai anos, cunha tendencia á baixa: a superficie dedicada a terras de cultivo en Galicia descendeu 35.000 hectáreas na última década. A entidade alerta igualmente do "perigo" que supón "que se bonifique o negocio do lume, podéndose rexistrar os terreos queimados en reforestación para vender no mercado aberto polo decreto o seu volumen de captura de CO2". A entidade reclama que o Ministerio para a Transición Ecolóxica cumpran agora coa recomendación efectuada pola institución europea, un cambio de criterio do que se beneficiarán as comunidades de montes galegas "que están xestionando axeitadamente a súa masa forestal" Pola contra, engade a Organización Galega de Comunidades de Montes, quedan fóra do rexistro de captura de CO2 e polo tanto dos bonos de compensación as masas forestais xestionadas e as derivadas das plantacions en terras forestais, polo que o resultado é que o Rexistro "penaliza a boa xestión de masas forestais e favorece os montes queimados polo lume".Por este motivo, a entidade leva anos reclamando ante o Goberno central e as institucións da Unión Europea a modificación deste mecanismo, esixindo que se tipifiquen como secuestradores de CO2 as plantacións e as repoboacións en terreos forestais. Agora, a Dirección Xeral de Acción Climática da Unión Europea vén de responder favorablemente á súa demanda recomendando que para os períodos 2021/2025 e 2026/2030 as terras forestais xestionadas e as terras que sendo forestais permanezan como tales tamén sexan incluídas no catálogo de secuestradores de CO2.A Organización Galega de Comunidades de Montes reclama que a Oficina Española do Cambio Climático e o Ministerio para a Transición Ecolóxica cumpran agora coa recomendación efectuada pola institución europea, un cambio de criterio do que se beneficiarán as comunidades de montes galegas "que están xestionando axeitadamente a súa masa forestal" e se incentivarán "as repoboacións tan necesarias para neutralizar as emisións de gases de efecto invernadoiro e contribuir na loita contra o cambio climático", sinala ORGACCMM.155 empresas galegas e 8 proxectos forestais inscritos no rexistroUn total de 155 empresas galegas están inscritas no rexistro, comprometéndose 40 delas a reducir as súas emisións, aínda que unicamente a empresa de transporte Severiano Servicio Móvil figura como "compensadora"Entre as empresas españolas que nestes momentos están a financiar repoboacións forestais (en terreos cun cambio de uso ou que sufriron un incendio) para "compensar" a súa pegada de carbono están Endesa, Caixabank, Enagás, Ferrovial, Navantia, Bankia, Eulen, Urbaser, OHL ou Alsa. Un total de 155 empresas galegas están inscritas no rexistro, comprometéndose 40 delas a reducir as súas emisións, aínda que unicamente a empresa de transporte Severiano Servicio Móvil figura como "compensadora". Destaca o gran número de empresas de transporte nesta lista.Na actualidade existen un total de 63 proxectos forestais inscritos no Rexistro que se poden beneficiar das achegas realizadas por estas e outras empresas contaminantes. Deles, 8 son galegos. Por exemplo, o impulsado polo Monte Veciñal en Man Común de Laxos e Carcedide, en Cuntis, consistente na plantación de eucaliptos, piñeiros, carballos e castiñeiros nunha zona forestal incendiada. Ou os que están a realizar as comunidades de montes do Viso (Redondela), Parada (A Cañiza) ou Touza (Laza), con plantacións de piñeiros, ou a de Vilar (Lalín), con plantacións de eucalipto e piñeiro. |
NOS_2709 | A historia escríbena os gañadores, e eses sempre son homes. O relato que nos chegou foi escrito con perspectiva masculina, e este moitas veces esqueceu (intencionadamente ou non) a contribución das mulleres ao presente. Nas artes ou nas ciencias existe un legado de mulleres que hai que rescatar e pór en valor. Isto tamén sucede na arquitectura. | O nome é o primeiro signo distintivo dunha persoa. O que non ten nome, o que non é nomeado, é como se non existise. Hai profesións (especialmente as de prestixio) no que sucedía coa muller. Até non moito, mesmo hai quen o segue facendo así, nomeábanse certos oficios tan só coa forma masculina. Chamábanse avogados, enxeñeiros e arquitectos, aínda que fosen mulleres. De feito, moitas arquitectas teñen o seu título con forma masculina, unha forma máis de borrado da muller polo patriarcado. Co tempo normalizouse o uso da palabra arquitecta e das facultades saen cada día máis. Na actualidade, saen un número practicamente parello de arquitectas e arquitectos, mesmo hai máis mulleres. Mudaron moito as cousas desde que hai case 150 anos Mary Louisa Page, a primeira arquitecta en obter o título, fixérao en Illinois (EEUU) en aulas nas que ela era a única muller. Viráronse as tornas no académico, pero para unha gran parte da sociedade non é así. Séguese considerando unha profesión masculina e a meirande parte dos arquitectos recoñecidos son homes. Hai poucos estudos onde a cabeza visíbel sexa unha muller e non son poucas as dificultades cando isto acontece. Mais tristemente non sorprende, posto que sucede en moitas profesións. Cando un arquitecto e unha arquitecta traballan xuntos tamén saen á luz eses roles. Habitualmente asúmese que o home é o protagonista, o líder, e a muller é a musa, ou fai labores de acompañamento A muller na arquitectura, como noutros campos, está sometida a grandes prexuízos amparados nos roles de xénero. Existen unha serie de conceptos enfrontados onde o nacer muller marca: grande-pequeno, exterior-interior, público-privado, protagonismo-discreción e forte-débil. O sistema patriarcal concédelle á muller unha posición subalterna na sociedade, onde se supón que a muller ten que ser débil, discreta, non falar en público, ten que quedar na casa e ocuparse das pequenas cousas. Aquelas que trataron de exercer o seu traballo con liberdade tiveron que rachar estes límites, sen que fora até este século cando se empezou a pór en valor o traballo destas pioneiras. Cando un arquitecto e unha arquitecta traballan xuntos tamén saen á luz eses roles. Habitualmente asúmese que o home é o protagonista, o líder, e a muller é a musa, ou fai labores de acompañamento; cando non ten porque ser así. Foi sonado o caso de Denise Scott Brown, parella e socia de Robert Venturi. No ano 1991 concedéronlle o prestixioso premio Pritzke a Robert en solitario, cando Denise era partícipe ao 50% das investigacións e edificios que o xurado estimou para darlle o premio. Como acto de protesta, ela negouse a ir á cerimonia de entrega. No ano 2013 houbo intentos de que lle fora outorgado o premio de forma retroactiva, mais o xurado desestimouno. A arquitecta, xunto a súa parella, foron os teóricos do movemento posmoderno, de grande influencia nos 70 e 80 do pasado século. Pero con todo, moitos libros de historia tan só nomean a Robert como pai do movemento, ignorando a nai. Revolución doméstica Non hai que ser especialista na materia para experimentar a contribución dunha arquitecta. Todas e todos, dalgún xeito, utilizamos unha innovación dunha muller non moi recoñecida. Quen visite un piso dunha cidade conservada como hai 100 anos, alén dos cambios de móbeis, poderá comprobar que a parte da casa que máis cambiou foi a cociña. De ser un curruncho da casa, pasou a ser un espazo tecnolóxico, hixiénico e integrado na vivenda. Este cambio é froito do enxeño dunha muller: Margarete Schütte-Lihotzky, a primeira arquitecta austríaca. As cociñas eran espazos exclusivos da muller e nas vivendas ocupaban un lugar secundario, separado, pequeno, sucio, con fume e moitas veces sen luz natural. Os arquitectos eran homes e pensaban as vivendas centradas en desfrutar do salón, o territorio masculino. Tivo que ser unha muller a que se sensibilizase co traballo doméstico, dignificando e organizándoo como un lugar de traballo. Margarete pensou unha cociña eficiente e ben equipada, para reducir o tempo e esforzo das tarefas domésticas e así gañar máis tempo para o lecer da muller (isto que non parece un gran progreso, para os anos 20 foi revolucionario). A arquitecta aplicou estratexias de eficiencia no traballo, racionalizando e minimizando esforzos. O deseño incorporaba luz natural, auga corrente e extracción de fumes. Os móbeis estaban estudados de xeito que estivesen ao alcance da man e a unha altura cómoda para cociñar, feitos dun material fácil de limpar. Contaba cun espazo de almacenaxe e unha moderna cociña de gas. Ideada para construírse en serie e abaratar custos. Recibiu o nome de cociña Frankfurt, posto que as primeiras foron instaladas en vivendas desa cidade hai 100 anos. Unha revolución que desfrutamos todas e todos hoxe en día. Rita Fernández Queimadelos empregou o cálculo de estruturas desenvolvido por Timoshenko, un enxeñeiro ucraíno especialista na materia. Ao ter coñecemento as autoridades franquistas alporizáronse, dixeron que utilizar "métodos soviéticos" era falta de amor á patria. Pioneiras Cando se estaban instalando as primeiras cociñas Frankfurt, a muller accedía de forma oficial á universidade no Estado español. A comezos de século, a educación superior era un espazo moi elitista, onde tan só chegaban os fillos da burguesía que podían pagar os estudos. Mais tamén como mulleres debían rachar co papel de ama de casa que lles confería a educación tradicional. Polo que era habitual que as primeiras arquitectas procederan de familias acomodadas e liberais. Este foi o caso da primeira arquitecta do Estado español: Matilde Ucelay. Rematou a carreira pouco antes da guerra civil. Polo seu compromiso coa república e por muller traballadora, o franquismo fíxolle un consello de guerra e foi depurada. Denegóuselle o acceso a cargos públicos e mesmo tivo que usar a sinatura de homes para poder traballar, mais iso non lle impediu sobrevivir desenvolvendo a súa profesión durante 40 anos. A primeira arquitecta galega (e segunda arquitecta do Estado español) foi Rita Fernández Queimadelos, da Cañiza. Daquela había que ir a Madrid ou Barcelona a estudar e, ao atopar traballo ou parella moitas veces non se volvía á terra, como foi o caso de Rita. Houbo que esperar até a oitava arquitecta para que unha muller exercera na Galiza, esta foi Milagros Rey, que obtivo o título no ano 60. Asentouse na Coruña, onde exercía o seu pai, o tamén arquitecto Santiago Rey (autor entre outros do mercado de San Agustín ou do primeiro estadio de Riazor). A arquitecta compaxinou proxectos públicos e privados, cunha importante pegada na cidade: participou no deseño da fonte de Catro Camiños, o polígono de Elviña, Zalaeta ou no da torre dourada. A torre, tamén chamada dos mestres, foi un dos primeiros rañaceos da cidade. Debido aos ventos do mar, tivo que deseñar unha estrutura de formigón para resistir o embate nas últimas plantas. Empregou o cálculo de estruturas desenvolvido por Timoshenko, un enxeñeiro ucraíno especialista na materia. Ao ter coñecemento as autoridades franquistas alporizáronse, dixeron que utilizar "métodos soviéticos" era falta de amor á patria. Inmediatamente informouse o ditador, mais continuouse coa construción e hoxe en día aínda resiste os fortes ventos dos invernos coruñeses. Outra das pioneiras do Estado español está ligada á nosa terra: Pascuala Campos. Aínda que naceu en Xaén, logo de acadar o título en Barcelona (a quinta muller en facelo nesta cidade), instálase e exerce toda a súa carreira en Pontevedra. Foi a primeira muller do Estado español en conseguir a cátedra de proxectos en 1995, unha das distincións máis altas da universidade. Nas súas clases foi tamén das pioneiras na introdución da perspectiva de xénero na arquitectura. Ademais de ser profesora, conta con obra construída. Como lle pasa a Denise Scott, a súa parella recibiu todos os recoñecementos e distincións cando os proxectos foron feitos a medias. As primeiras obras de César Portela (un dos arquitectos máis coñecidos do país) en realidade foron deseñadas a catro mans xunto a Pascuala. Daqueles anos compartidos naceron as vivendas para xitanos de Campañó ou as casas do concello de Pontecesures e de Forcarei. Estes edificios alcanzaron moita fama e contribuíron ao prestixio que lle valeu a César numerosos premios. Tras a súa separación, a arquitecta seguiu exercendo pero sen a fama que acadou a súa exparella. A ama de casa tiña razón Un dos temas que trataba Pascuala nas súas aulas son as diferenzas biolóxicas, e especialmente culturais, coas que homes e mulleres experimentan a arquitectura e a cidade. Un exemplo enigmático disto é o enfrontamento entre Jane Jacobs e Robert Moses na Nova York dos anos 60. O conflito foi a raíz dun proxecto presentado por Robert para a construción dunha autoestrada e rañaceos sobre o barrio de Greenwich Village. Como xefe de urbanismo da cidade representaba os intereses da época: homes de clase media que traballan nunha oficina e van no seu coche á súa vivenda das aforas. O barrio que pretendía destruír era o fogar de Jane, ademais dun barrio cheo de vida no centro da cidade. Ela encabezou un movemento de protesta. Representaba toda esa xente que non escoitaban os políticos nin os medios: mulleres, xente maior, parados, xente sen recursos, nenas e nenos. Persoas que non querían perder un barrio con prazas, rúas pequenas, vivendas accesíbeis e comercios próximos; onde se podía ir andando a todos os sitios. Robert deseñaba unha cidade para o automóbil, mentres que a Jane interesáballe o transporte público e a vida de barrio. Adiantouse 50 anos ao que agora é algo habitual, mais daquela foi unha batalla ideolóxica. A activista tivo que sufrir o ataque da prensa que a desprezaba como unha simple "ama de casa" (como se iso fose un insulto). Pois ben, ao final a ama de casa tiña razón. Non se chegou a facer o proxecto, salvouse o barrio e agora estúdanse os libros de Jane como referentes do urbanismo. Deixou un gran legado de compromiso coa vida de barrio, aínda vixente. Hai Mulleres Todo o papel das arquitectas na historia non caeu completamente no esquecemento, hai grupos e investigadoras que están a traballar para sacalas do anonimato. Contamos co traballo do grupo de investigación Proxecto MAGA (Mulleres arquitectas de Galiza). Arquitectas que desde a universidade da Coruña divulgan e estudan o papel das arquitectas no país; o proxecto do Colexio de Arquitectos de "Hai arquitectas", que pretende visibilizar a presenza actual da muller na profesión; a web "Un día, unha arquitecta", un portal onde se destacan os nomes de arquitectas esquecidas. Este proxecto suma esforzos do estado español e hispanoamérica. Ademais destas iniciativas, hai múltiples libros onde se presta homenaxe a todas esas mulleres esquecidas ou ignoradas. É especialmente didáctica e accesíbel a obra de Zaida Muxí. |
NOS_47389 | Deportistas galegos 'top' no 2020: Galiza conta con innumerábeis deportistas de élite no máis alto das súas carreiras. ¿Son estes os 10 mellores? | Deportistas galegos na cúspide neste 2020: Galiza sempre contou con deportistas de élite na maioría das disciplinas deportivas, e neste ano Olímpico, non ía ser menos. Crees que poderías facer outra lista similar? Anímate! A realidade galega actual é que a nosa terra viu nacer a grandes deportistas, e aínda que o fútbol é un dos deportes máis seguidos, hai multitude de deportes e de deportistas que cada día traballan moi duro para deixar o nome de Galiza no máis alto. Ana Peleteiro segue a medrar. Unha das mellores deportistas galegas na actualidade ten alma Ribeirense Aquí traémosche unha pequena lista cos dez deportistas dos que poderían ser considerados como os mellores deportistas galegos da actualidade. Ana Peleteiro Rodrigo Corrales Javi Gómez Noya Iago Aspas Tamara Abalde Pola Nico Rodríguez Alicia Fernández Teresa Portela Tono Campos Poñemos ademáis a disposición de todos vós os comentarios deste artigo, para que fagades a vosa propia lista de mellores deportistas galegos da actualidade, para poder coñecer tamén a vosa opinión. Ana Peleteiro Twitter: @apeleteirob Triple saltadora nada en Ribeira. Actualmente posúe o récord nacional de triple salto. Entre outros éxitos, gañou a medalla de ouro no Campionato de Europa de Atletismo en interiores 2019. Anteriormente gañara medallas de bronce nos Campionatos do mundo cubertos de 2018 e os Campionatos europeos de 2018. Existen moitos deportes ademáis do fútbol, sen que sexan deportes minoritarios Rodrigo Corrales Twitter: @Rodrigao016 Porteiro de balonmán nado en Cangas. Actualmente xoga no Paris Saint-Germain da LNH e é internacional absoluto. No seu palmarés, conta coa medalla de ouro no pasado Europeo de Balonmán 2018, así como diferentes títulos co seu actual equipo, o París Saint-Germain. Precisamente hoxe disputará a semifinal do Europeo 2020 ante Eslovenia, para loitar por chegar a unha nova final europea. Javi Gómez Noya Twitter: @Jgomeznoya Triatleta nado en Basilea (Suíza) pero con raíces Ferrolanas e Pontevedresas. Considerado un dos mellores deportistas galegos da historia, Javi Gómez Noya ten un palmarés es escándalo. É o gañador de cinco Campionatos do Mundo de Tríatlon ITU Posúe tres títulos da Copa Mundial de Tríatlon ITU Gañou a Medalla de Prata para España nos Xogos Olímpicos 2012 Tamén gañou títulos mundiais para Ironman 70.3 e XTERRA Triathlon Sabes cantos títulos ostenta Javi Gómez Noya? Descobre un dos máis recentes logrado na Galiza Iago Aspas Twitter: @aspas10 Futbolista nado en Moaña (Pontevedra). Xogador do Celta de Vigo e internacional absoluto. Actualmente é o principal referente do fútbol galego a na élite, sendo a alma do Celta de Vigo e un dos delanteiros de referencia a nivel nacional. Entre algúns dos seus logros, está o de conseguir o trofeo de Máximo Goleador nado no Estado español tres anos seguidos, dende a temporada 16/17 ata a 18/19. Tamara Abalde Twitter: @tamaraabalde6 Baloncestista nada en Ferrol. Xogadora do Valencia Basket e internacional absoluta. Actualmente é a xogadora galega de referencia no baloncesto feminino, contando cunha ampla traxectoria e experiencia tanto a nivel nacional coma internacional. Entre algúns dos seus principais logros, está a Medalla de Ouro conseguida no Eurobasket do pasado ano 2019. As Fillas de Breogán conquistan o Paneuropeo de fútbol gaélico Pola (Adrián Alonso) Twitter: @Pola7Futsal Adrián Alonso (Pola) é un xogador de fútbol sala nado en Vigo que xoga no Inter Movistar. Entre o seu palmarés, gañou a Eurocopa de fútbol sala de 2016. Co Inter Movistar gañou todos os títulos posíbeis: a LNFS, a Copa de España de fútbol sala, a Copa do Rey de fútbol sala e a Supercopa de España de Fútbol sala. Gañando este último e a Copa de España tamén no Santiago Futsal. Nico Rodríguez Nico Rodríguez, regatista nado en Vigo. Actualmente compite en vela na clase 470. Gañou dúas medallas no Campionato Mundial de 470, prata en 2019 e bronce en 2018, e dúas medallas no Campionato Europeo de 470, prata en 2019 e bronce en 2017. Igualdade no deporte galego: Mulleres, deporte e medios. O tratamento informativo é algo vital. Alicia Fernández Twitter: @aali_fernandez Xogadora de balonmán nada en Valdoviño. Actualmente xoga no SCM Râmnicu Vâlcea rumano, e é internacional absoluta, sendo a principal referente do balonmán galego feminino na actualidade. No pasado Campeonato do Mundo de Xapón 2019, conseguiu a Medalla de Prata. Teresa Portela Twitter: @teriportela Piragüista nada en Cangas do Morrazo. Por méritos propios, está considerada coma unha das mellores deportistas galegas da historia. Gañou 15 medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 2001 e 2019, e dezasete medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2001 e 2013. Participou en cinco Xogos Olímpicos, entre os anos 2000 e 2016, disputando cinco finais: 5º lugar en Atenas 2004 (nas probas de K2 500 m e K4 500 m) 5º lugar en Pequín 2008 ( K4 500 m) 4º lugar en Londres 2012 ( K1 200 m) 6º lugar en Río de Janeiro 2016 ( K1 200 m) Coa súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020, será a primeira en participar en seis edicións dos Xogos. Galiza finalizaría segunda no medalleiro do Mundial de piragüismo de competir como nación independente Tono Campos Piragüista nado no Grove. Especialista nas modalidades de augas tranquilas e maratón. Gañou unha medalla de prata no Campionato Mundial de Piragüismo de 2015 e unha medalla de prata no Campionato Europeo de Piragüismo de 2012. Na modalidade de maratón, obtivo 19 medallas no Campionato Mundial entre os anos 2007 e 2019, e 9 medallas no Campionato Europeo entre os anos 2013 e 2019. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.