ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_20087
Non en todas partes o PP está a obstaculizar remunicipalizacións. Baiona xa non ten présa por volver adxudicar un estacionamento cuxa xestión pública recuperou en 2015, co titular de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña como alcalde, e do que agora obtén beneficios.
O Concello de Baiona recuperou hai agora dous anos a xestión pública dun aparcamento subterráneo que entregara en concesión nove anos antes. A empresa privada dicía que só lle daba perdas e renunciou a el sen pagar nunca o canon municipal ao que se comprometera. Así que o Goberno local, á espera de volver a sacalo a concurso, decidiu asumir a xestión directa do aparcamento de xeito provisional. Dous anos despois, a súa xestión pública reporta ás arcas municipais ganancias superiores ao canon que tería que pagar a adxudicataria e o Concello xa non ten ningunha présa por volver entregar o aparcamento en concesión. O responsable daquela municipalización con éxito e beneficios non foi un dos alcaldes de esquerdas que se enfrontan ás críticas e obstáculos do PP e do Goberno central por recuperar a xestión pública de servizos máis esenciais que un aparcamento senón un rexedor popular, o agora conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña. Baiona xa non ten présa por volver adxudicar un estacionamento cuxa xestión pública recuperou en 2015, co titular de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña como alcalde, e do que agora obtén beneficios O centro da vila de Baiona, condicionada pola orografía, dispón de poucas prazas de aparcamento en superficie, situación que se agrava en verán coa elevada afluencia turística que rexistra. En 2006 o Concello, con Almuiña xa como alcalde desde dous anos antes, sacou a concurso a construción e xestión posterior dun aparcamento subterráneo de 711 prazas. Adxudicoullo á empresa portuguesa Sofranda que asumiu o custo da súa construción a cambio do negocio que lle reportaría a xestión do aparcamento e do pagamento ao Concello dun canon anual de 6.720 euros. Porén, a empresa nunca pagou alegando que non obtiña beneficios, en 2015 renunciou a seguir xestionando o aparcamento e demandou xudicialmente ao Concello 6,7 millóns de euros polas perdas que asegura que lle supuxo o negocio. Ademais, estaba pendente de pagamento parte do crédito hipotecario subscrito pola empresa para a construción do aparcamento. Nesa situación, e á espera do que poidan determinar os tribunais sobre a demanda da empresa, o Goberno local asumiu a xestión municipal do aparcamento e o pagamento da hipoteca. Estes días, dous anos despois, o Concello fixo públicos os resultados da súa xestión, que realiza de xeito directo, non a través de ningunha empresa de servizos interposta. O aparcamento supón uns gastos anuais duns 140.000 euros (90.000 en persoal, contratado directamente polo Concello, e o resto en mantemento). Pero mentres a empresa privada dicía non ser quen de chegar cos ingresos a esa cantidade, o que fixo que nunca lle pagase ao Concello o canon anual de 6.720 euros, en 2016, o primeiro ano íntegro de xestión municipal (o verán eleva considerablemente os ingresos), esta obtivo unha diferenza entre ingresos e gastos favorable en preto de 50.000 euros. E a tendencia é crecente. Feijóo chegou a cualificar de "frivolidade" e "non cribles" as promesas dos gobernos locais de esquerda de remunicipalizar servizos Fontes do Concello, a cuxa fronte desde finais de 2015 xa non está Jesús Almuiña, agora conselleiro de Sanidade, senón Ángel Rodal Almuiña, primo seu, sinalan que xa non corre ningunha présa decidir sobre a posible convocatoria dun novo concurso para a xestión privada do aparcamento. A súa política pasa pola posible concesión a longo prazo a particulares dunha porcentaxe das prazas de estacionamento ao tempo que sigue introducindo ofertas que favorezan a rotación dos vehículos e que nestes dous anos de xestión pública posibilitaron o incremento dos ingresos. De momento, eses ingresos permitiríanlle ao Concello saldar facilmente a indemnización á que considera que ten dereito a empresa que renunciou á concesión, que rebaixa dos 6,7 millóns de euros que esta reclama a tan só 30.000 euros. Fronte a este caso de éxito dun goberno popular (en Baiona, de feito, a recollida do lixo e os seus traballadores sempre foron públicos), o propio PP vén obstaculizando e criticando os diversos intentos dos gobernos municipais de esquerdas de remunicipalizar concesións de servizos públicos. O presidente Feijóo mesmo chegou a cualificar de "frivolidade" e "non cribles" algunhas desas promesas.
NOS_606
O 30 de xuño remata o prazo para saber se o flotel que a Xunta comprometeu para Navantia Ferrol se constrúe finalmente neste estaleiro, tomando en conta que vendeu a Pemex a factoría de Barreras
Máis de 3.000 traballador@s do naval cortaron o tráfico durante máis dunha hora na ponte das Pías, en Ferrol, na protesta que desenvolveron esta quinta feira reclamando, máis unha vez, carga de traballo. O comité de empresa de Navantia advertiu de que, segundo os datos extraoficiais de que dispoñen, "a declaración de intencións" subscrita pola Xunta e a petroleira mexicana Pemex para a construción de dous floteis na Galiza, un en Vigo e outro en Ferrol, "ten data do 30 de xuño". Cómpre destacar que Pemex se fixo co estaleiro vigués de Barreras, polo que en Navantia temen que o flotel que había para el@s se constrúa tamén alí. As mobilizacións arrincaron na entrada dos estaleiros de Fene e da cidade departamental e percorreu as principais vías de acceso até unírense as dúas na ponte, onde o tráfico quedou cortado e @s operari@s queimaron pneumáticos canda as súas fundas de traballo.
NOS_5175
A afiliación á Seguridade Social segue por baixo do millón de persoas afiliada. Marzo pecha con 34.759 traballadores en ERTE na Galiza.
O paro rexistrado baixou en 4.509 persoas na Galiza no mes de marzo, situándose en 180.719 desempregados e desempregadas. Unha cifra que, porén, é superior en 6.329 persoas ás que había rexistradas nese mes do ano pasado, 2020. O paro en marzo a respecto de febreiro descendeu en todos os sectores, mais nomeadamente no de servizos, onde o desemprego rexistrado baixou en máis de 3.500 persoas. En canto á afiliación á Seguridade Social, aumentou en marzo en 4.704 persoas. É de 998.773 persoas afiliadas, por baixo do millón. Con todo, a Seguridade Social na Galiza ten agora case 4.000 afiliacións menos que hai un ano. No conxunto estatal, o paro baixou en 59.149 desempregados en marzo (-1,5%), o seu maior retroceso neste mes desde o ano 2015, cando descendeu en 60.214 persoas. Traballo destaca que se trata do terceiro mellor dato dentro da serie histórica do mes de marzo. ERTE O número de traballadores e traballadoras en expedientes de regulación temporal de emprego ( ERTE) pechou o mes de marzo na Galiza en 34.759 persoas, o que supón 46.665 menos que en febreiro, segundo os datos que o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. No conxunto estatal, os traballadores en ERTE situáronse en 743.628 persoas ao termo do terceiro mes do ano, co que son 115.913 menos que en febreiro na serie revisada e 155.913 menos en función da data de notificación. Contratos En marzo rexistráronse na Galiza 62.004 contratos, dos cales 52 783 foron temporais; isto é, quince de cada cen contratos foron indefinidos. En termos mensuais, a contratación medra un 26,04 %, mentres que en termos anuais o incremento é dun 10,89 %. Os sindicatos lamentan que este aumento da contratación e descenso do paro rexistrado se faga sobre temporalidade e prerariedade. "A contratación de Semana Santa non consegue nin achegar o emprego a febreiro de 2020, último antes do confinamento A contratación temporal no sector Servizos reduciu levemente o número de persoas desempregadas", indican desde a CIG. En CCOO sinalan que "a 'tímida' recuperación do emprego en marzo constrúese sobre a precariedade laboral". De por parte, UXT incide en que "hai que manter os ERTE mentres o emprego o requira e acelerar a vacinación para recuperar plenamente a actividade".
NOS_25207
Henrique Harguindey leva máis de 40 anos dedicado á tradución, labor na que adoita preferir obras de autores marcados polo estilo crítico ou o satírico. Agora trae, na colección "Vétera" de Rinoceronte Edicións, a obra de Cyrano de Bergerac 'Os Estados e Imperios do Sol', sobre a que conversa con 'Nós Diario'.
Que nos pode contar de Os Estados e Imperios do Sol, de Cyrano de Bergerac? Porque non é a primeira vez que traduce este autor...Traducín anteriormente a que se considera a primeira parte de Os Estados e Imperios do Sol, que é Os Estados e Imperios da Lúa. As dúas son obras publicadas de modo póstumo e, así como na primeira obra houbera unha versión que circulara pero que se atopou moito despois, a finais do século XIX achouse un manuscrito que non correspondía exactamente co que fora publicado postumamente. Por que? Porque fora censurada e suavizada en todos os ataques que dirixía, moi ironicamente, contra o poder, contra a Igrexa... Hoxe podemos ter unha idea moito máis aproximada de como escribiu realmente Cyrano. En cambio coa segunda parte non houbo ningunha outra versión, só temos a publicada e non hai unha referencia distinta. Entre as dúas obras hai certa analoxía, por iso se considera a segunda parte, pero non só son dous territorios distintos, a Lúa e o Sol, senón que tamén hai diferenzas importantes de estilo: mentres a primeira é unha exposición de teorías físicas e filosóficas, a do Sol é unha historia máis alegórica e moito máis traballada desde o punto de vista estilístico. A pesar das desaparicións e das diferenzas entre as obras, non hai dúbidas da autoría...Está certificada a autoría, por suposto. Antes sabíase que escribira unha viaxe á Lúa pero só había unha idea aproximada. Houbo unha cuestión un pouco rechamante. Cyrano, no século XVII, quedou un pouco na memoria e coñecíanse algunhas outras obras, estas non. El é barroco, non só para o estilo, que o é, e ás veces moi complicado, senón tamén polo tipo de temáticas, son obras de enxeño, de construción literaria moi determinada, moi cargadas de estilo. A finais do XIX Edmond Rostand escribe unha obra de teatro que é Cyrano de Bergerac e que é a que fixo coñecer en todo o mundo o autor. Temos até as versións cinematográficas. Esa é a imaxe transmitida, pero aí hai parte de verdade e parte de literatura, de creación. Rostand fixo unha obra de teatro magnífica, non unha obra biográfica, senón que a personaxe aparece, en certos aspectos, deturpada, primeiro porque é unha personaxe literaria e segundo porque naquela época aínda non se coñecían moitas cousas de Cyrano. Mais o que se nos transmitiu tivo, se se quere, unha pequena carga negativa porque non era o Cyrano auténtico, pero ao mesmo tempo posuíu a virtude de espallar moitísimo e grandemente a biografía de Cyrano, de maneira que se hoxe podemos falar de moitas cousas é grazas á obra de Rostand. Volvendo á obra, estamos a falar de ciencia ficción?Cyrano, durante moito tempo e aínda agora, é considerado precursor da ciencia ficción. El realmente non escribiu como tal, aínda que hai ficción e tamén hai ciencia, porque manexa realidade científica, o que pasa é que se trata dunha crítica social e política. Viaxaba a outro mundo para reflectir a contra deste, cousas que aparecían alí, moi chocantes, como podía ser a negación da existencia de Deus... era posíbel escribilas porque o facía alí e en personaxes que logo, ademais, trataba de desmentir ou aparecían como tolas, pero saían, que é o importante. Había personaxes que defendían verdades que se se defendían directamente supuñan a fogueira. Fala de que é un autor barroco, foi difícil a súa tradución?O estilo de Cyrano é difícil porque tes o risco incluso de perderte en parágrafos de 14 liñas, que incluso perdes o fío condutor. Naturalmente o que non podes é adaptar aquí o estilo de Cyrano nin os seus parágrafos. Podes ao mellor puntuar un pouco máis coidadosamente, para o lectorado de hoxe, para non alterar en absoluto. O tradutor debe facilitar a lectura a un consumidor de agora, estamos a falar de catro séculos despois, con outros hábitos lectores... Pero debe de respectar o máis escrupulosamente que poida o estilo e a literalidade do autor. Para vostede que é o máis valioso de Cyrano e desta obra?Nos dous casos o sentido crítico, que segue unha máxima que el tiña, porque nunca se negaba a admitir a posibilidade, dicía: "e logo por que non?". Admitía toda posibilidade de demostración e de debate crítico. Esa é a característica de Cyrano. Ademais dunha grande imaxinación e aquí coinciden os aspectos da fantasía, do estilo e do sentido crítico, ademais do avance dos coñecementos, estaba moi ao tanto dos descubrimentos astronómicos da súa época, en certo sentido tamén divulgaba a realidade científica do mundo.
NOS_44045
Un estudo observa unha tendencia das grandes empresas do sector consistente en "reducir os seus esforzos" en desenvolver tecnoloxías específicas para linguas minoritarias, así como a falta de interese por estes idiomas en estratexias nacionais como a Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial 2020.
O galego está á cola das linguas do Estado español en canto a recursos e aplicacións tecnolóxicas, segundo o proxecto European Language Equality (ELE), financiado pola Unión Europea e coa participación de 52 entidades, entre elas a Universidade de Vigo (UVigo). O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación atlanTTic, da UVigo, foi o encargado de analizar a situación do noso idioma en canto a recursos, servizos e comunidades de falantes. Marcos Maceira: "Queremos vivir en galego agora e vivir en galego sempre" Segundo o informe presentado por este centro da UVigo, "hai poucas aplicacións de sínteses e de recoñecemento de voz, corrección ortográfica e gramatical e tradución automáticas". Por tanto, hai "un baleiro importante" en canto a recursos multimedia adecuados para desenvolver aplicacións "tan importantes no mundo actual como os axentes conversacionales por voz de última xeración". En comparación con outras linguas do Estado español, a diferenza "é crítica" en canto a recursos e servizos relacionados con datos multimedia e no ámbito da saúde, posto que os xa existentes "son pobres en diversidade e pequenos en tamaño", engade o estudo. O galego pode quedar fóra de revolución dixital Segundo o estudo, o "maior perigo" a curto prazo desta situación é que, se non se reverte, o galego pode quedar fóra da revolución que o big data e a intelixencia artificial está a provocar en moitos sectores estratéxicos por falta de recursos para aplicalas. No lado oposto están as bases de texto de gran dimensión, onde o galego ten "boa presenza" cuns servizos en "unha fase máis madura". O galego "non é lingua" para caixeiros O informe tamén apunta, como aspecto positivo, á páxina web da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), pola produción de contidos multimedia. Do mesmo xeito, tamén hai un número crecente de diarios locais dixitais en galego. Software e redes sociais En canto a software e redes sociais, aínda que algunhas firmas ofrecen versións en galego, moitas outras como TikTok, Twitch e Adobe utilízano en versión beta ou, como Twitter, con menor apoio. Neste contexto, hai unha "falta extrema de apoio" ao idioma propio en asistentes virtuais como Alexa, Siri, Google Assistant e Cortana. Nos últimos anos, desenvolvéronse varios produtos e servizos para a incorporación do galego nas TIC como o portal da Real Academia Galega (RAG), o tradutor Gaio e a web da Xunta. Freixanes, ante os datos de competencia lingüística: "Algo está a fallar, non miremos para outro lado" Con todo, o estudo observa unha tendencia das grandes empresas do sector consistente en "reducir os seus esforzos" en desenvolver tecnoloxías específicas para linguas minoritarias, así como a falta de interese por estes idiomas en estratexias estatais como a Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial 2020.
PRAZA_238
Montse Dopico entrevista María Xosé Queizán, que vén de presentar A boneca de Blanco Amor (Editorial Galaxia)
María Xosé Queizán visitou Chile coa curiosidade científica que a caracteriza. E trouxo dúas historias. Unha, a do penal de Puente Arenas, que contou en Meu pai vaite matar (Xerais). Outra, a dos colonizadores que ergueron esta mesma cidade, que é o miolo de A boneca de Blanco Amor, (Galaxia), o seu último libro. Nel, imaxina a orixe chilena da muller de porcelana do pazo dos Andrada. Fala con Blanco Amor, malia que este xa non poida responder. E pensa o mundo, coma sempre, desde a razón e o antisentimentalismo, malia contar historias de amor. Nas que as mulleres escollen o seu propio camiño. Na túa visita a Punta Arenas, en Chile, viches unha boneca que che fixo pensar na de A Esmorga de Blanco Amor. Como foi? Fun a Punta Arenas dúas veces. A primeira visitei o cemiterio que mandou construír Sara Braun. Despois regresei coñecendo xa mellor a cidade e sabendo máis dos que ían ser os personaxes da novela, que son colonizadores do século XIX. Punta Arenas é un lugar con moita historia. Foi alí onde Magalhães abriu o camiño para pasar ao Pacífico. Despois foi un penal, -que inspirou a miña anterior novela Meu pai vaite matar-, e despois chegaron os colonizadores, que eran xente con moito ollo para os negocios e moita capacidade para buscar a vida. Fun ver a casa de Sara, que aínda que o arquitecto era francés tiña algo da arquitectura inglesa: un boínter, que ademais neste caso estaba exento. Alí estaba a boneca. Vina e tiven a convición de que era a boneca de Blanco Amor. Como sabía que Blanco Amor estivera alí… A historia e a ciencia están moi presentes nesta novela. Como é habitual na túa obra. A ciencia é o máis importante que lle pasou á humanidade desde o século XVIII aos nosos días. Pero neste caso o que me interesaba máis é a comunicación. Supoño que non deixo de ser unha profesora, e escribir é unha maneira de comunicar, de transmitir o que sabes. Estamos no século XXI, ademais, e a novela xa non é como no XIX. É perfectamente asumible para o lector e a lectora que introduza varios xéneros, por exemplo. A historia de amor que conto na novela vén por algo, ten un pasado. E iso é o que reconstrúo. "A homosexualidade fundou a súa vida, constituíu a realidade en todos os aspectos. Eu creo que marchou de Ourense porque se lle facía pequeno. Morreu só, pero é que tamén vivira só" Contas tamén de cando Blanco Amor morreu. Só. Da xente que o louvou despois de telo criticado tanto en vida, -outros nin lle foron ao enterro-. E, sobre todo, de como lle falas cando acaba de falecer. A homosexualidade fundou a súa vida, constituíu a realidade en todos os aspectos. Eu creo que marchou de Ourense porque se lle facía pequeno. Morreu só, pero é que tamén vivira só. Pero eu creo que non tería sido tan grave se el tivese outra actitude. Cando agochas algo, é sempre peor. Se amosas seguridade en ti mesmo sempre o vas ter máis fácil. Por iso eu tiven esa conversa con el, estando el xa morto. "Os escritores preferían a fantasía, o rei Artur… Por iso non temos, por exemplo, unha novela que conte a emigración, como si teñen outros pobos" De A Esmorga comentas que retrata as clases oprimidas sen idealizalas. Sen "sentimento da terra" e outros tópicos. É iso o que fai a novela especial? É que Blanco Amor estivo fóra case toda a súa vida. E realmente non ten o concepto do país que tiñan outros escritores da súa idade ou do seu tempo, que tiñan moita tendencia a idealizalo -sexan os labregos, os fidalgos...-. Fuxían da realidade, e iso facía que a novela non falase de nós, da nosa historia, da nosa realidade. Os escritores preferían a fantasía, o rei Artur… Por iso non temos, por exemplo, unha novela que conte a emigración, como si teñen outros pobos. Pois, nese contexto, Blanco Amor é un dos poucos escritores que fan realismo, no sentido de escribir sobre a realidade. O que dis sobre a novela e a emigración tamén o di Xavier Alcalá. El mesmo contou historias de colonizadores galegos en América. Algo hai, nese sentido. Si, pero non o que debería haber, dada a relevancia da emigración. Non só social, senón económica. A forza de traballo marchaba, e iso era un problema para o país. Aquí quedaban os nenos, os vellos, os pusilánimes, mulleres casadas… E de todo isto sabemos pouco. Moito "este vaise e aquel vaise", pero despois non sabemos: que fixeron en América… Hoxe sabemos que morren os africanos nas pateras. Pois daquela tamén morrían moitos galegos en naufraxios, enfermos nos barcos… Pois aquí nada, os escritores preferían a fantasía. E eu non estou en contra da fantasía, pero si dos escritores que puideron contar cousas e escolleron non facelo, desprezando o realismo ademais. "A forza de traballo marchaba, e iso era un problema para o país. Aquí quedaban os nenos, os vellos, os pusilánimes, mulleres casadas… E de todo isto sabemos pouco" A Blanco Amor tamén lle reprochas que non fose quen de deslindar a opresión de clase da de xénero. Blanco Amor non era feminista, senón máis ben o contrario. Pero é verdade que cando fala da opresión da clase obreira, decátase de que as mulleres son peor tratadas, teñen que traballar máis… Non ve a misoxinia, a opresión de xénero, pero é certo que por exemplo en A Esmorga as mulleres non saen mal paradas. As mulleres prostituídas non están desprezadas: son mulleres enteiras… Tamén aparece a moza violada… "Blanco Amor non era feminista, senón máis ben o contrario. Pero é verdade que cando fala da opresión da clase obreira, decátase de que as mulleres son peor tratadas, teñen que traballar máis…" O mesmo pasa con Darwin. Moito observar os animais, pero non as mulleres e os nenos que se consumían no traballo nas fábricas… Si, esquecía por exemplo as mulleres yemenes, que parían, criaban e alimentaban a familia. Mais mesmo cando contemplaba pobos coma este, ao principio dubidaba ata se eran humanos. Hai que ter en conta que saíra de Inglaterra, da clase acomodada, que moito mundo non coñecía. Pero a viaxe que fai en barco ábrelle os ollos. Decátase de que o creacionismo non pode explicar o que ve. E así xorde a teoría da evolución. Sara Braun escolle renunciar a Aurelio polo ben do nome da familia. E é el quen non o atura e non ergue cabeza xa máis. Si, mais eu non diría que Sara se deixa guiar só polo "que dirán". Hai que ter en conta que eran persoas que chegaran alí sen nada, perseguidas, e que conseguiran facer fortuna a partir da nada. Para estas familias a súa posición económica e social, -mesmo eran importantes pola súa influencia política-, era tamén unha cuestión moral. Elas levaran a civilización a un lugar no que é durísimo vivir: hai uns ventos que te levan por diante. Naquel ambiente conseguiron erguer as súas mansións, con tanto gusto artístico… Sara escolle conservar todo iso. Podía escoller outra cousa, porque era unha muller rica. Pero hai algo que a une á familia, e non é só o interese. Eu dicíao porque ela segue coa súa vida e el non é quen. É o contrario da novela romántica convencional. Como o é a personaxe de Fina, a nai de Aurelio. Ten aventuras con outros homes toda a vida, e nin está ela traumatizada nin fai infeliz o marido por iso. As dúas son mulleres independentes que escollen o seu camiño. Fina está polo seu, polo goce, pola vida, pola realización plena da súa sexualidade. É unha muller moi libre. A lectura que ti fas, nese sentido, creo que é a correcta. As novelas poden entenderse de moitas maneiras. O editor, por exemplo, entendeuna como unha novela romántica. O que ti dis pode pasar desapercibido. E, claro, a min sempre me gusta sacar as mulleres do lugar establecido. "Que sexamos un país de pequenos propietarios rurais tivo consecuencias para o avance económico, social e cultural" A novela tamén ten bastante de relato da decadencia dun estamento social, -o que queda da nobreza-, e de ascenso da burguesía. O pai de Aurelio Andrada é conservador. Os avós, socialistas, coma el. Si, son os restos do Antigo Réxime, fronte ao ascenso da burguesía. Para contar isto, ademais, non me servía falar de nós. Porque aquí a burguesía que houbo eran os cataláns que se instalaron nas Rías Baixas, os maragotos e casteláns que chegaron a Ourense… E iso foi determinante para o futuro da lingua. Que sexamos un país de pequenos propietarios rurais tivo consecuencias para o avance económico, social e cultural. "Tecnoloxía e ciencia son parte da cultura. Entón, non é só unha cuestión de armas. Se a cultura dos colonizadores non fose superior á dos pobos primitivos, a colonización non sería posible" Nese sentido, chama a atención que fales, ao describir a colonización, de inferioridade cultural dos indíxenas. Refíreste á tecnoloxía? A tecnoloxía non xorde porque si. Se hai en Londres unha sociedade culturalmente avanzada, con grandes científicos, é normal que teña unha tecnoloxía superior. Tecnoloxía e ciencia son parte da cultura. Entón, non é só unha cuestión de armas. Se a cultura dos colonizadores non fose superior á dos pobos primitivos, a colonización non sería posible. O que pasa é que pode ser problemático aplicar o darwinismo ao tema da diversidade cultural. Mais acabas de publicar outros dous libros. Un deles é O solpor da cupletista. Que é reedición, non si? Non é só reedición. Ademais da novela, inclúe unha biografía de Carolina Otero e un relato da miña procura detrás das súas pegadas, en Valga e en Niza. O libro, na súa primeira edición, era non venal. Era un libro de agasallo. Nesta nova edición, que publica Xerais, xa pode comprarse. Agora o que fago é recuperar a novela e contar a súa biografía prescindindo do mito, de toda a fantasía que hai arredor da súa biografía. Limítome a contar o que se pode constatar. "Emilia Pardo Bazán é unha personaxe controvertida, pero pola lenda que se creou sobre ela, que inventaron Murguía e a xente que lle tiña envexa. Dinse moitas falsidades" O outro é unha biografía de Emilia Pardo Bazán. Unha personaxe controvertida… Unha biografía para público infantil. Non foi fácil facela. Contén a biografía e unha escolma de textos, feita por Mónica Bar. É verdade que é unha personaxe controvertida, pero pola lenda que se creou sobre ela, que inventaron Murguía e a xente que lle tiña envexa. Dinse moitas falsidades. A maior parte da obra de Rosalía está en castelán. Pois diso parece que moitos non se acordan. Toda esa lenda contra Emilia, da que participa Méndez Ferrín, non é máis que un intento de afundir a súa figura. Só hai que lela para decatarse das mentiras. É certo que era católica, pero tamén critica a Igrexa. Da mesma maneira que critica as clases privilexiadas do Antigo Réxime, e niso fíxoo bastante mellor que Otero Pedrayo. Tampouco é verdade que non defenda as clases traballadoras. Ela escribiu a primeira novela proletaria, centrada nas mulleres, ata que cheguei eu. É La Tribuna. E para escribila conviviu coas mulleres que traballaban na fabricación de tabaco. A personaxe é unha muller revolucionaria e republicana…, así que niso Emilia tamén é mellor que Rosalía…
NOS_11962
Contra desafiuzamentos, pelos direitos sociais, em protesta pela política da troika. O "Grândola Vila Morena" está na moda em Portugal mais não só. Cala ministros e acende multidão.
Depois de que pessoas do movimento Que Se Lixe a Troika cantaram nas galerias do plenário. «O povo é quem mais ordena» e fizeram calar o primeiro-ministro Passos Coelho, a senha do 25 de abril de José Afonso prendeu de novo como hino de revolução cidadã. As imagens do canto a calar o ministro percorreram pelas redes sociais com uma força inusual e, desde então, a canção mais popular de Portugal tornou-se banda sonora de mobilizações e protestas. Foi o caso de 23 de fevereiro suceder nalgumas das mobilizações que tiveram lugar na Galiza. Mas também no remate da de Madrid foi a canção portuguesa a que se correou de maneira coletiva, no dia no que se faziam 26 anos da morte do cantor. Em Portugal o fenómeno não tem paragem. Depois de ter calado Passos Coelho na Câmara, o ministro de Economia luso ouviu a canção em S. João da Madeira mentres o da Administração Interna atopouse com "O povo é quem mais ordena" na Guarda, sempre motivados pelo movimento "Que se lixe a Troika". Há mesmo já quem fala em Portugal da "Grândola viral" em relação ás múltiplas ações que tenham a canção de intervenção do Zeca como banda sonora. Tanta é a força que está a tomar o Grândola nas mobilizações sociais de defensa dos direitos e contra a Troika que mesmo o portal esqueda.net se permitiu a brincadeira de disponibilizar o toque de telemóvel com o ministro Miguel Relvas a tentar cantar a cançao.
PRAZA_9453
Este martes preséntase na Coruña o libro Máis Nunca Máis, que recolle manifestos, discursos, panfletos, proclamas e comunicados difundidos entre 2002 e 2003 ao redor da resposta social contra a catástrofe do Prestige
"Señoras e señores Deputados: Chámome Celtia, teño 10 anos e vivo en Muxía, que é a primeira zona á que chegou o chapapote. Nesta época do ano estariamos escribindo a carta aos Reis Magos, pero polas circunstancias que estamos sufrindo desgraciadamente terémosvola que escribir a vós". Así comezaba a carta enviada en decembro do ano 2002 por Celtia Sar, unha nena de Muxía, aos deputados e deputadas do Congreso. Máis Nunca Máis recolle os diferentes manifestos difundidos entre 2002 e 2003 ao redor de Burla Negra e Nunca Máis17 anos despois esa carta recobra protagonismo, como parte do libro Máis Nunca Máis, unha obra que recolle os diferentes manifestos difundidos entre 2002 e 2003 ao redor de Burla Negra e Nunca Máis. Trátase de textos de Mario Benedetti, Suso de Toro, José Saramago, Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Rivas, Manuel Lourenzo ou de Eduardo Galeano, ademais dun ronsel de proclamas e panfletos asinados por colectivos diversos e outros materiais. A presentación do libro terá lugar ás 20 horas deste martes 26 na sala municipal de Palexco, na Coruña, coa intervención de Manuel Rivas; Xosé Lois Vazquez, editor do libro; Celtia Sar, autora dunha carta dirixida aos deputados cando tiña dez anos; Xurxo Souto, autor do epílogo do libro; e de Pulpiño Viascón, que interpretará unha peza composta na honra dos voluntarios. O libro ábrese cun prólogo asinado por Manuel Rivas, que comeza respondendo á pregunta "Como naceu Nunca Máis?". "Hai unha explicación histórica. Naceu da xente. E outra máis poética. Naceu do mar. Cando entrelazan estas dúas xirias sucede algo especial", di. "Nunca Máis naceu da vontade de encarnar o clamor da "humanidade consciente" na defensa do mar e como expresión dun movemento cívico: a cidadanía fronte á usurpación da democracia. Mentres foi así, foi Nunca Máis. O verdadeiro Nunca Máis existe hoxe na memoria activa. Un bo lugar. O mellor hábitat", engade Rivas."Como naceu Nunca Máis? Hai unha explicación histórica. Naceu da xente. E outra máis poética. Naceu do mar. Cando entrelazan estas dúas xirias sucede algo especial", escribe RivasO Palexco expón dende o pasado mes de xaneiro e ata o vindeiro 3 de marzo a mostra Máis Nunca Máis, comisariada por Pepe Galán, Pepe Barro e Anxo Varela, e que contén 4.000 imaxes, procedentes do fondo documental da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas. "Estabamos alucinados pola mobilización que existía ao redor de Nunca Máis. Estabamos todos activados", lembraba Pepe Galán nesta entrevista.
NOS_16126
A Mesa denuncia que a institución que preside Diego Calvo anuncia que a etapa ciclista transcorrerá por 'Puentedeume' e 'Puente de las Pías'.
'Puentedeume' e 'Puente de las Pías' son dous dos puntos polos que decorre 'La Vuelta' en Galiza segundo a Deputación da Coruña. Máis unha agresión á toponimia galega, segunda A Mesa Pola Normalización Lingüística. Para o seu presidente, Marcos Maceira: "chama escandalosamente a atención a exclusión do galego en toda a cartelaría pagada con fondos públicos que inza Galiza estes días con motivo do evento deportivo" Para esta asociación resulta extremadamente grave que a propia Administración, "que debería velar pola protección do noso patrimonio cultural, sexa quen teime na deturpación da nosa toponimia, con actitudes que deberían estar superadas desde hai décadas". Neste sentido, A Mesa lamentou o que considera unha mostra máis da "minusvaloración do noso" e do "desprezo cara á cultura galega que está a caracterizar o mandato de Diego Calvo na Deputación da Coruña". "Xunto á deturpación da toponimia chama a atención escandalosamente a exclusión do galego de toda a cartelaría que inza Galiza estes días con motivo do evento deportivo, moita con financiamento público, ou os sinais de tránsito que a Deputación coruñesa está a instalar sen unha palabra en galego" indicou Marcos Maceira.
PRAZA_17682
Un libro debulla unha das fugas máis épicas da España franquista. Case trinta persoas asaltaron un pesqueiro no porto de Ares disfrazados de membros da Garda Civil, falanxistas e presos. Chegaron a Francia tras ser rescatados no mar pero acabaron nun campo de concentración.
"Xuntámonos no castelo de Ares. Os de aquí saímos coma se fósemos da Garda Civil. Rebón vestido de tenente, tres de gardas, eu de falanxista e aos demais fixémolos pasar por presos. O único medo era atoparnos a verdadeira Garda Civil". Así relataba Juan Leal un dos momentos álxidos da fuxida que protagonizou en xullo de 1939 da España franquista, con outros 26 compañeiros cos que compartía os valores democráticos e republicanos. O seu testemuño recóllese n'A fuxida do bou Ramón, un libro no que se plasma a investigación desenvolvida durante anos polos investigadores Enrique Barrera e Eliseo Fernández. O libro 'Afuxida do bou Ramón' detalla a fuga de 27 republicanos de Ares disfrazados de gardas civís en 1939 A obra, ilustrada con debuxos de Fernando Ocampo, foi presentada este pasado venres en Ares, localidade ferrolterrá que se desenvolveron os feitos, coincidindo co 79º aniversario da fuga. Foi nun acto organizado polo Concello de Ares e celebrado na Alianza Aresana, coa presenza de moitos familiares dos protagonistas da obra, acompañados por numerosísimo publico. Esta épica historia comeza, en realidade, tres anos antes. O 18 de xullo de 1936 prodúcese a sublevación franquista que triunfa en apenas dez días en toda Galicia. O ocorrido no país é a mellor proba de que a brutal represión exercida polos militares rebeldes non foi unha reacción nin unha resposta, senón unha estratexia para impor o terror que fora deseñada moito antes de producirse o golpe de estado. En Galicia nin houbo guerra nin houbo vítimas de dereitas. Con todo, nos tres anos seguintes serían asasinados polo menos 4.700 galegos de ideoloxía republicana. Entre eles atopábanse varios xenerais, almirantes, oficiais e soldados que non secundaron o golpe, os gobernadores civís das catro provincias, así como os alcaldes de Santiago, A Coruña, Ourense, Vigo e doutra trintena de localidades. O triunfo franquista empurrou a 27 persoas a saír dos seus tobos e planear unha temeraria fuxida Nese contexto foron moitos os homes e mulleres que trataron de fuxir a territorio republicano a bordo de precarias embarcacións de pesca. Os que non puideron facelo agocháronse durante anos en montes, montañas ou zulos construídos para tal fin no interior da vivenda dalgún familiar. Tras finalizar a guerra, o triunfo franquista empurrou a 27 destas toupas a saír dos seus tobos e planear unha temeraria fuxida. Un dos conxurados era Antonio Santamaría, o último alcalde republicano de Ferrol. Santamaría foi detido e condenado a morte polos sublevados en xullo de 1936, pero o día antes da súa execución logrou escapar con outro compañeiro do cuartel de artillaría no que agardaba a morte. Os seus familiares máis próximos fixeron de correo entre os diferentes acubillos. Entre todos, aos poucos, foise organizando a fuga Foron moitos os veciños anónimos que se xogaron a vida para mantelo agochado durante tres longos anos. Grazas ao testemuño que deixou no seu día algún dos protagonistas e ao dos seus familiares, o libro reconstrúe aqueles momentos. O primeiro reto foi formar o grupo e acordar o plan. Os seus familiares máis próximos fixeron de correo entre os diferentes acubillos. Entre todos, aos poucos, foise organizando a fuga. O risco era enorme, pero todos sabían que as alternativas eran aínda peores: o cárcere ou o paredón. Homenaxe en Ares aos 27 fugados / CC-BY-SA Praza Pública Disfraces de gardas civís para asaltar un barco A decisión final foi a de asaltar un barco, o bou Ramón, no que contaban coa complicidade dun dos seus dez tripulantes, e pór rumbo cara ao sur de Inglaterra. O vapor de 15 metros de eslora atopábase fondeado no porto de Ares, moi preto de Ferrol. O problema radicaba en que 27 homes buscados polas autoridades chegasen ata el sen ser antes detidos. O plan, un tanto suicida, foi facerse pasar por un grupo de prisioneiros custodiados por axentes da Garda Civil. As súas mulleres e as súas nais puxéronse ao choio para ter a punto os disfraces para a data sinalada. Naqueles tempos a ninguén lle sorprendeu ver un oficial do Exército, tres gardas civís e un falanxista escoltando un nutrido grupo de prisioneiros A noite do 20 ao 21 de xullo de 1939 o grupo reuniuse e puxo en marcha a farsa. Naqueles tempos a ninguén lle sorprendeu ver un oficial do Exército, tres gardas civís e un falanxista escoltando un nutrido grupo de prisioneiros. Así lograron chegar sen problemas ata o porto de Ares. Aínda quedaba o máis difícil. Os republicanos que ían disfrazados subiron a un bote e abordaron o bou Ramón. Metidos no seu papel de gardas civís, apuntaron cos seus fusís de madeira os membros da tripulación e encerráronos na adega. A escusa que lles deron para o asalto tivo o seu punto de ironía: alegaron ter que inspeccionar o barco "porque no seu interior podía haber rojos escondidos que trataban de escapar a Francia". Metidos no seu papel de gardas civís, apuntaron cos seus fusís de madeira os membros da tripulación e encerráronos na adega Nas primeiras horas daquel venres o resto do grupo embarcou no Ramón, que decontado partiu cara a augas internacionais. Os 27, segundo relataron anos despois, fundíronse nun grande abrazo. Atrás quedaba o inferno, aínda que por diante esperábaos unha complicada travesía. O barco levaba carbón para navegar unhas poucas millas, polo que os republicanos tiveron que queimar nas caldeiras toda a madeira que atoparon a bordo. 24 horas despois, cando xa estaban case á deriva, topáronse cun barco francés que supuxo a súa táboa de salvación. Unha amarga liberdade con terribles consecuencias A alegría que supuxo para os fuxidos o éxito do seu plan duroulles moi pouco tempo. Logo de ser desembarcados no porto francés da Rochelle, as autoridades francesas encerráronos no campo de concentración de Barcarès, onde xa se atopaban miles de exiliados republicanos. Mentres tanto, en Galicia, as súas mulleres, irmás e demais familiares sufriron as represalias. O libro recolle, entre outros, o testemuño dunha delas, Dolores Mayobre: "Leváronnos ao cuartel da Garda Civil, colgáronnos dos pulgares e dábannos lategazos nas pernas, mentres nos insultaban e preguntábannos polos nosos homes unha e outra vez. Tivéronnos encerradas tres días nun retrete apestoso e logo soltáronnos". Outras detidas pasaron varios meses no cárcere. Logo de ser desembarcados no porto francés da Rochelle, as autoridades francesas encerráronos nun campo de concentración; en Galicia, mulleres, irmás e demais familiares sufriron as represalias Os fuxidos tampouco gozaron dun destino moito mellor. Barrera e Fernández investigaron o que foi das súas vidas tras pasar polo campo de Barcarès. Polo menos sete combateron contra Hitler no Exército francés ou nas filas da Resistencia; dous deles, Manuel Fernández e Jesús Morgade serían capturados polos nazis e deportados ao campo de concentración de Mauthausen, de onde só Morgade conseguiu saír con vida. Outro tres membros do grupo do bou Ramón serían detidos pola Gestapo e entregados ás autoridades franquistas. Os que lograron sobrevivir a todos estes avatares, agás contadas excepcións, remataron as súas vidas no máis duro dos exilios. "Se un grupo de noruegueses, daneses, belgas, holandeses ou franceses secuestrasen un barco diante dos fuciños dos seus inimigos para alcanzar Gran Bretaña, xa se tería feito unha película" Enrique Barrera, un dos autores, confesa que con este libro sáldase unha parte da débeda pendente que ten España con estes loitadores: "Se un grupo de noruegueses, daneses, belgas, holandeses ou franceses secuestrasen un barco diante dos fuciños dos seus inimigo para alcanzar Gran Bretaña, xa se tería feito unha película. Con todo, aquí o relato continúa sendo descoñecido para a maioría da opinión pública". Documento que forma parte da causa xudicial aberta polo franquismo logo da fuga / CC-BY-SA Praza Pública
NOS_3758
"Este ano será unha ocasión especial para estabelecer pontes entre as novas xeracións, que viven no mundo globalizado e das tecnoloxías da comunicación, e as raíces dos avós, da memoria dunha cultura que non naceu onte", expuxo o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, na presentación das iniciativas do Ano Fraguas.
O Museo do Pobo Galego acolleu o acto esta sexta feira, en que tamén participaron o conselleiro de Cultura Román Rodríguez; o presidente da fundación Antonio Fraguas Justo Beramendi; a presidenta do Consello da Cultura Rosario Álvarez; o alcalde de Cerdedo-Cotobade Jorge Cubela; a concelleira de Acción Cultural de Compostela Branca Novoneyra; e o director de contidos da CRTVG Fernando Ojea. "O Ano Fraguas será unha boa oportunidade para reivindicar as raíces populares do idioma e da cultura popular que o etnógrafo tanto estudou e contribuíu a dignificar, seguindo o ronsel da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos ao que el mesmo pertenceu", afirma a Academia. As iniciativas e accións coordinadas pola Real Academia Galega poden consultarse nesta ligazón. Pero entre as principais que salienta a institución da rúa Tabernas atópanse a tradicional sesión solemne do seu pleno, que será no Concello de Cerdedo-Cotobade o propio 17 de maio. A web Primavera das Letras achegará ao alumnado de infantil e primaria recursos lúdicos e didácticos arredor da vida e obra de Fraguas. Os 26, 27 e 28 de novembro, numerosos especialistas participarán no simposio organizado pola Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega. A Xunta de Galiza promoverá, ademais, a exposición itinerante Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma, a partir de abril. Mostras bibliográficas percorrerán as bibliotecas do paíse haberá conferencias ou concertos arredor de Fraguas.
NOS_3354
Volve desbotar o confinamento para Galiza, mais cre que o Goberno estatal "ten que atender" as demandas nese sentido doutros territorios.
O presidente da Xunta considera "razoábel" que o decreto do estado de alarma en vigor permita ás comunidades autónomas estender máis aínda o toque de recoller, mesmo até as 18:00 horas como o acaba de facer Francia, e decretar confinamentos "polo menos municipais". Así o manifestou Núñez Feixoo a preguntas dos medios nunha comparecencia conxunta co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, durante a cal valorou que o Goberno español "ten que atender" as demandas das autonomías, que son as que están "padecendo e xestionando" a pandemia do coronavirus. Neste sentido, o presidente da Xunta reiterou que o decreto do estado de alarma debe "facultar" as comunidades a adoptar maiores restricións: "Se algún presidente o solicita, será que ten argumentos epidemiolóxicos para facelo". Sobre o toque de recoller, que na Galiza desde esta sexta feira situarase ás 22:00 horas, Feixoo explicou que o decreto do estado de alarma aprobado nas Cortes xerais "non posibilita moito máis" -sitúa o xeral ás 23:00 e permite adiantalo até as 22:00 ou atrasalo até medianoite--. A continuación, fixo referencia a que en Francia acaba de adiantarse ás 18:00 horas, algo que "non lle parece que sexa un disparate" como posibilidade para as comunidades autónomas. "Paréceme que debe haber unha previsión para calquera eventualidade", manifestou. Iso si, sobre os confinamentos domiciliarios, Feixoo defendeu que "de momento" a Xunta non o solicita porque entende "que non é imprescindíbel", aínda que si cre que o decreto do estado de alarma debe prever a posibilidade de confinamentos "parciais, municipais ou provinciais, no seu caso".
NOS_16055
Durante estes anos de crise varias empresas tiveron a participación da Xunta como accionista. Operacións que nalgúns casos acabaron con perdas millonarias para as arcas públicas. Publicamos unha ampla reportaxe sobre isto no semanario Sermos Galiza. Deixamos aquí un extracto.
Embora non ser algo moi coñecido pola sociedade galega, a Xunta fai parte como accionista de diversas empresas privadas. O feito de que unha administración pública participe no accionariado de sociedades privadas non debe ser algo que deba estrañar. Aí está un dos exemplos máis coñecidos, o do länder alemán de Baixa Saxonia como propietario de case o 20% das accións de Volkswagen. Porén, as apostas da administración galega neste sentido precisan de achegar a lupa. O 2016 foi un ano importante. Comezou coa ampliación da participación da Xunta en Gas Galicia. Pagamos 2,8 millóns de euros polo 3% das accións de Abanca, co que o goberno galego xa posúe o 30,9% das accións desta firma. E o ano finalizou con dous movementos de calado. O primeiro, a Xunta convertíase na segunda accionista de Reganosa (24% das accións) despois de desembolsar 9 millóns de euros por parte das participacións de Gadisa na gasificadora. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 239, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]
PRAZA_13051
Velaí que sexa tan razoábel esixir, canda esta achega de recursos públicos, o control público da Banca intervida para garantir que a función esencial do sistema bancario (que flúa o crédito á produción e ao consumo) poida ser desenvolvida en beneficio das nosas empresas. E que os gaños indubidábeis no medio prazo desta reestruturación revertan, en último de contas, no patrimonio de todos. Na nosa Galicia, asemade, o artigo 55 do Estatuto facúltalle ao Poder Galego para asumir a representación das Institucións estatais (entre elas o FROB) nas empresas participadas polo sector público, mesmo NGB.
Os males para o sistema financeiro español viñeron da súa sobreexposición ao ladrillo e aos produtos financeiros especulativos "made in USA". Xa que logo, o seu patrimonio encheuse de vivendas e locais sen saída comercial ou, o que aínda é máis grave, solares e terreos sen perspectiva ningunha de se urbanizaren a xeito, logo do fatal estoupido da burbulla inmobiliaria. Para alén diso, as entidades de orixe social e fundacional (as Caixas), agás moi contadas excepcións, non foron quen a preservar os seus obxectivos fundacionais (fluidez e suficiencia do crédito necesario ás pemes e familias) e embarcáronse en aventuras descapitalizantes. Unha desas, sen dúbida, foi a da promoconstrutora valenciana ASTROC. Todo para agachar que o sistema financeiro español, emperador dos tempos da purpurina e baleira brillantez, ía polo mundo,en realidade, espido Mais os males foron comúns e mesmo as entidades botaron mán de produtos financeiros fraudulentos que lles permitirán sanear os seus balances, nos que sobrancearon os grandes Bancos privados españois, coa súa emisión masiva de obrigas subordinadas. Todo para agachar que o sistema financeiro español, emperador dos tempos da purpurina e baleira brillantez, ía polo mundo,en realidade, espido. Semella que reestruturarmos o sistema financeiro vai esixir un lote de recursos públicos. Os mesmos que se están a retirar do estímulo á economía produtiva, da educación, da formación profesional,da sanidade e dos servizos sociais, que haberían garantir unha cohesión e inclusión social nas que a España mesmo era deficitaria nos mellores intres do autoengano. Velaí que sexa tan razoábel esixir, canda esta achega de recursos públicos, o control público da Banca intervida para garantir que a función esencial do sistema bancario (que flúa o crédito á produción e ao consumo) poida ser desenvolvida en beneficio das nosas empresas. E que os gaños indubidábeis no medio prazo desta reestruturación revertan, en último de contas, no patrimonio de todos. Sempre para acadarmos o obxectivo esencial, que non é a nacionalización nin a privatización da Banca, senón que o crédito flúa. Para garantirmos unha actividade económica que sexa quen a nos tirar fóra deste pozo Na nosa Galicia, asemade, o artigo 55 do Estatuto facúltalle ao Poder Galego para asumir a representación das Institucións estatais (entre elas o FROB) nas empresas participadas polo sector público, mesmo NG BANCO. Sempre para acadarmos o obxectivo esencial, que non é a nacionalización nin a privatización da Banca, senón que o crédito flúa. Para garantirmos unha actividade económica que sexa quen a nos tirar fóra deste pozo. A arrincadeira: "D. Valentín, aquí estamos" Ningúen mellor ca o homenaxeado no Día das Nosas Letras, Paz Andrade, para deprendermos a lección da Galicia como tarefa, do País como espazo de creatividade e emprendemento empresarial, do galego como lingua de comunicación empresarial. D.Valentín, aquí estamos.
PRAZA_16283
A medida implántase no servizo urbano que presta Vitrasa "co fin de incrementar a seguridade das mulleres nos seus desprazamentos nocturnos"
O Concello de Vigo vén de anunciar que a partir do próximo venres día 16 de febreiro todos os autobuses urbanos que circulen entre as 22.30 e as 6.30 horas, incluídas as tres rutas de buses nocturnos da cidade, pararán ás mulleres que o pidan en calquera lugar dos seus percorridos. A medida implántase no servizo urbano que presta Vitrasa "co fin de incrementar a seguridade das mulleres nos seus desprazamentos nocturnos". A medida implántase no servizo urbano que presta Vitrasa "co fin de incrementar a seguridade das mulleres nos seus desprazamentos nocturnos" Bilbao foi a primeira gran cidade en implantar en España, a comezos deste mesmo ano, unha medida que xa se viña aplicando noutras cidades europeas. Segundo o Concello de Vigo, a posibilidade de solicitar ao condutor ou condutora do autobús, en horario nocturno, que pare en calquera punto da ruta, sen que sexa unha parada preestablecida, estenderase tamén ao "resto de usuarios do transporte público da cidade que polas súas circunstancias o soliciten". "Poderán baixarse do autobús a demanda en calquera momento do traxecto empregando a porta dianteira para evitar riscos de tráfico", indica o Concello. "Vigo é unha cidade segura", salientou sobre a nova medida o alcalde, Abel Caballero, para engadir que a iniciativa pretende "seguir facéndoa máis" aínda.
NOS_31227
A escuadra celeste aspira a gañar o seu primeiro partido en dous anos sen o de Moaña. Tamén o Lugo ten que sumar os tres puntos para non descolgarse de todo dos postos de 'play-off'. E, pola súa banda, na Segunda B, Dépor-Rácing e Compos-Pontevedra protagonizan un duplo derbi galego cheo de necesidades.
Eduardo 'Chacho' Coudet´é un técnico ambicioso que, aínda recoñecendo que "a permanencia é o obxectivo número 1", non renuncia a pelexar por entrar en Europa, pois, como el mesmo di, está "acostumado a pelexar por cousas importantes". O pésimo inicio de tempada celeste lastra as posibilidades do equipo para conseguir situarse entre os seis primeiros clasificados, e por iso desde hai varias semanas cada partido é unha final, e o que disputará mañá ás 18.30 ante o Valencia en Mestalla non vai ser unha excepción. Para superar o irregular conxunto ché, inmerso nunha fonda crise deportiva e institucional, non poderá contar co mancado Emre Mor nin cos sancionados Brais Méndez e Iago Aspas, os dous máximos goleadores do equipo. Especialmente sensíbel é a baixa do dianteiro de Moaña, sen o que a escuadra olívica non sabe o que é gañar desde hai máis de dous anos, sumando tan só dous puntos de 30 posíbeis. No outro bando, o técnico Javi Gracia aspira a saír da zona baixa da táboa -acumula só dúas vitorias nos últimos 10 partidos ligueiros- a costa do Celta e con dous vellos coñecidos da parroquia celeste como estrelas: o danés Wass e o uruguaio Maxi Gómez. Nafti quere recuperar a solidez defensiva O partido ante o Oviedo da pasada xornada foi o choque da tempada na que o Club Deportivo Lugo encaixou máis goles en toda a tempada (3), facendo anacos a característica principal albivermella desde a chegada do francotunecino Mehdi Nafti: a solidez defensiva. Non obstante, este domingo ante a Unión Deportiva Logroñés (18.30) hai unha diferenza vital: o partido será no Ángel Carro. Na súa casa, a escuadra lucense permanece invicta desde a chegada de Nafti, na sexta xornada ligueira, unha moi positiva xeira de resultados que a ollos do central portugués Frederico Venancio "hai que conseguir manter". "O compromiso en Lugo -engadiu- foi fantástico, e temos que prolongar a consistencia e os resultados, porque todos os partidos desde agora valen moito máis, se non queren desengancharnos definitivamente dos postos de play-off", dos que están separados por sete puntos. Duplo derbi galego na Segunda División B O calendario da categoría de bronce deparou un duplo derbi galego na xornada 15 que podería determinar o futuro clasificatorio dos equipos implicados. Así, o Rácing de Ferrol recibe na Malata mañá ás 19 horas ao Deportivo nun duelo entre dous dos teóricos favoritos para copar os postos de ascenso, pero o devir da competición levounos a ocupar a sétima e a quinta posición, respectivamente, a falta de só cinco partidos para o final da liga, polo que o equipo perdedor podería despedirse definitivamente das súas aspiracións a xogar o ano que vén na Segunda División. Nunha situación similar atópase o outro teórico favorito a ascender no mes de outubro, o Pontevedra Club de Fútbol. Sexto con 18 puntos, recibe este domingo ás 17 horas en Pasarón o Compostela -cuarto clasificado con 20 puntos- ante o que só lle vale conseguir a vitoria se non quere descolgarse da loita por entrar no play-off. Pola súa banda, a sensación da categoría, o Celta B de Onésimo, Alfon, Carreira, Soni e compañía, xoga en Barreiro o domingo (12 horas) contra o penúltimo clasificado, o Salamanca UDS, coa intención de asaltar o liderado que desde hai varias semanas ostenta o outro conxunto charro da categoría, Unionistas. E, finalmente, o Coruxo ten unha oportunidade de ouro de aumentar distancias cun rival directo na zona baixa, como é o Guixuelo, tamén pasado mañá ás 17 horas.
NOS_21468
O evento será o sábado 28 na Ponte do Burgo.
Os mellores saltadores e saltadoras galegas do momento xa están preparadas para voar polos aires na espectacular exhibición que ofrecerá un ano máis na cidade de Pontevedra o programa Saltar na Rúa, organizado pola Sociedade Ximnástica de Pontevedra (SXP) en colaboración coa Concellería de Deportes. O evento, que este verán alcanza xa a súa V edición, e que inicialmente acollía a Praza da Ferrería, volverá desenvolverse o vindeiro sábado 28 de agosto a partir das 19.30 horas, coa finalidade de evitar posibles aglomeracións, nun escenario tan privilexiado como pouco habitual para a práctica deportiva: a Ponte do Burgo, que albergará por segundo ano consecutivo probas de salto de lonxitude, triplo salto e salto con pértega. O programa deste Saltar na Rúa 2021 foi presentado na Sala de Prensa do Teatro Principal polo director técnico da Sociedade Ximnástica, Santi Ferrer, e máis polo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen destacou "a importancia de que o atletismo saia ás rúas de Pontevedra nunha iniciativa protagonizada por atletas de primeiro nivel que ten lugar en datas estrañas no que atinxe ao calendario de competición, xa que a tempada finalizou no mes de xullo". "Trátase dun evento que leva camiño de converterse nun clásico, pois este é o quinto ano consecutivo en que se celebra, a pesar das restricións e dificultades loxísticas que impuxo esta pandemia", sinalou Ferrer. Engadiu que "a xente que se achegue á Ponte do Burgo pode estar moi tranquila, pois vai gozar dun espectáculo con toda a seguridade. Só lles pedimos que poñan da súa parte". Pola súa banda, Santi Ferrer explicou que o evento dará comezo ás 19.30 horas coa exhibición de salto de lonxitude, mentres que as de triplo salto e salto con pértega terán lugar a partir das 20 e as 20.30 horas, respectivamente. Entre os e as protagonistas destacadas desta edición, o adestrador e atleta da Ximnástica destacou os seguintes nomes: "David Ferrer (pertencente á SXP), actual campión galego absoluto de lonxitude; Lucía Sánchez del Valle (Escola Atlética Lucense), campioa de España de probas combinadas en categoría Sub-18; ou Alba Cuns (Playas de Castellón), campioa de España Sub-18 en pista cuberta, entre outros".
NOS_48139
A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, abriu esta segunda feira unha rolda de contactos cos reitores glaegos. Fíxoo en Vigo con Salustiano Mato.
Após a reunión co reitor da Universidade de Vigo, a portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta avanzou, nun encontro cos meios, que o programa eleitoral da formación frentista incluirá a demanda da transferencia da xestión das bolsas de estudos e un financiamento para a universidade galega equiparábel ao promedio estatal. De acordo coa información facilitada polo Bloque, o Estado español dedica ao seu sistema universitario un 1,04% do PIB, en tanto que na Galiza esa cifra apenas chega ao 0,8%. A portavoz nacional do BNG outorga ao sistema universitario condición de "puntal na política de desenvolvimento económico no país". Nese sentido, ao seu xuízo o investimento en I+D+I ten carácter "estratéxico", así como tamén o ten a súa conexión coas empresas, pondo como exemplo a Universidade de Vigo. Canto á xestión das bolsas por parte do Goberno galego, afirmou: "Tamén é importante para adaptala ás necesidades da realidade do noso estudantado", indicou". O Estado español dedica ao seu sistema universitario un 1,04% do PIB, en tanto que na Galiza esa cifra apenas chega ao 0,8% Todo isto pasa necesariamente por deixar atrás as políticas de contracción do gasto público do PP e nese sentido salientou que a achega da Xunta nas universidades galegas é en 2016 menor do que foi en 2009. No encontro co reitor -ao que tamén asistiu o responsábel local do BNG, Manuel Caride-, a candidata nacionalista á presidencia da Xunta advogou por un maior compromiso financeiro do goberno galego coas universidades e, vinculado con iso, propuxo un plano estratéxico de I+D+I "e un plano de titulacións axeitado á realidade actual",
NOS_35627
O Goberno de Cuba anunciou esta segunda feira que intensificará as tarefas de explicación das medidas que están a pór en práctica polo aumento de casos da Covid-19, para evitar que as "inxerencias estranxeiras" se aproveiten da situación sanitaria como tentaron, segundo explican nas protestas decorridas o domingo.
"Convocamos a todos os revolucionarios do noso país, a todos os comunistas a que saian ás rúas en calquera lugar onde se vaian producir estas provocacións hoxe, desde agora, e en todos estes días", alertou o presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, nunha intervención televisada desde o Palacio da Revolución, na Habana, poucas horas despois de que decorreran protestas en San Antonio dos Baños. A cidade, situada a 37 quilómetros da Habana, na provincia de Artemisa, foi a primeira na que os medios internacionais informaron da presenza de numerosas persoas na rúa, nunha convocatoria ás 11.30 do domingo que tamén se estendeu a varias vilas, sobre todo nos municipios anexos a capital, reclamando, entre outras cuestións, a mellora da xestión sanitaria. Nas manifestacións, que xurdiron días despois da multiplicación de mensaxes nas redes sociais solicitando unha "intervención humanitaria" de fóra polo agravamento da situación derivada da pandemia de Covid-19 na illa, intercaláronse comportamentos pacíficos con actitudes vandálicas, denunciou Granma, tras rexistrarse ataques a comercios e algún vehículo, ademais de lanzamentos de obxectos contra manifestantes a prol da Revolución. Nun primeiro momento, Díaz-Canel desprazouse a San Antonio dos Baños, onde conversou con parte das persoas que saíran á rúa a protestar, "con persoas do pobo, que teñen necesidades, que están vivindo parte destas carencias", sinalou o presidente, "que tamén están expresando estas insatisfaccións, pero fano de maneira distinta porque buscaban argumentos, explicacións". Porén, acusou de estar alentando as protestas "un núcleo de manipuladores que si se están a prestar aos designios das campañas SOS Matanzas ou SOS Cuba, para que en varias cidades de Cuba houbese manifestacións ou disturbios sociais de este tipo" aproveitando a situación da Covid-19, "isto é moi criminal, nun intre no que a xente deber estar nas súas casas a protexerse". O mandatario recoñeceu na súa intervención a gravidade da situación epidemiolóxica -con case 7.000 novos casos de Covid-19 confirmados o domingo, comunicou o Ministerio de Sanidade-, e explicou que a aparición de variantes máis agresivas supera "as capacidades que puidemos crear para atender en institucións estatais estes casos", tendo que habilitar novos centros e ampliar o tratamento nos domicilios particulares. Ademais destacou a complicada situación sanitaria nas provincias de Matanzas e Ciego de Ávila. Díaz-Canel defendeu con respecto á campaña pola intervención humanitaria que o principal motivo que limita a capacidade de Cuba de xestionar a aparición de novas variantes da Covid-19 é o bloqueo dos Estados Unidos, que lles impide conseguir no mercado internacional os materiais e subministracións que precisan, "se queren resolver os problemas de Cuba, abran o bloqueo e imos ver como tocamos. Por que non teñen valor para abrilo? Que fundamento legal, moral, sostén que un Goberno estranxeiro pode aplicar esa política a un país pequeno e no medio de situacións tan adversas? Iso non é xenocidio?". Pouco despois do chamamento do presidente, multiplicáronse as imaxes de persoas ateigando os concellos da zona metropolitana da capital e dalgunhas provincias, adiantan os medios cubanos, con berros a prol da Revolución e do Goberno cubano que encabeza Díaz-Canel. Rusia considera "inaceptábel a inxerencia externa" O Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia apuntou hoxe que está a seguir os acontecementos no Estado caribeño e que considera "inaceptábel" o que ve unha "inxerencia externa nos asuntos internos dun Estado soberano e calquera outra acción destrutiva que fomente a desestabilización da situación da illa". Pola súa banda, os ministros de Exteriores da Unión Europea trataron a situación en Cuba, que atribúen o descontento por cortes nas comunicacións, indicou esta segunda feira Josep Borrell, representante de Política Exterior da UE.
NOS_4873
O Goberno galego responderá no Pleno desta cuarta feira preguntas dos grupos parlamentarios polo futuro incerto do hospital
O persoal de Povisa segue sen saber cal será o futuro do hospital referente para máis de 135.000 persoas na comarca de Vigo. Esta cuarta feira 9 de outubro acudiron ao Parlamento que trata este tema na súa sesión da tarde. Ás portas do propio Parlamento Chus Neira, representante da CIG no comité de empresa de Povisa, asegura a Sermos Galiza que aínda non teñen ningunha nova información nin da empresa nin do Sergas, nin da Xunta. "Todo o que sabemos é a través dos medios de comunicación" Neira afirma que o propio cadro de persoal de Povisa non entende "que se venda Povisa por 24 millóns, que o Sergas e a Xunta non asuma a compra do hospital por ese importe e que deixe que a sanidade pública que se atende no hospital pase a depender agora de Rivera Salud". A representante da CIG en Povisa recoñece que o persoal ten "medo de que muden as nosas condicións laborais, tamén a calidade que se preste, que se privatice aínda máis a sanidade pública". Chus Neira explica a Sermos Galiza que a protesta non é pola futura compra da parte privada "mais que se merque o 80% que agora é do Sergas non se pode permitir". O persoal de Povisa desprazado a Compostela asistirá pola tarde ao Pleno do Parlamento no que o Goberno galego terá que responder ás preguntas dos diferentes grupos políticos.
NOS_34680
A decisión tomouse no Consello da Xunta deste 6 de Marzo en contra do rexeitamento frontal manifestado polos reitores das tres universidades públicas galegas.
A universidade privada e católica San Jorge, fincada en Aragón, impartirá catro graos na Galiza durante o curso 2014-2015 en contra do rexeitamento manifestado polos reitores das tres universidades públicas do noso País. Así o decidiu esta quinta feira o Consello da Xunta, após o Consello Galego de Universidades --onde teñen representación a Xunta e as tres universidades-- autorizar a adscrición desta institución ao Cesuga --Centro de Estudos Superiores Galegos-- a mediados de febreiro por oito votos a favor, sete en contra e unha abstención, dando o visto e prace a un informe preceptivo que agora avalou o Goberno galego. "Humanismo e valores cristiáns" Desta maneira, o Cesura deixará de depender da universidade pública irlandesa University College Dublin a estalo á Universidade de San Jorge, un centro privado promovido pola arquidiócese de Zaragora que recoñece na súa Misión-Visión dous piares fundamentais: "o humanismo e os valores cristiáns". É a primeira institución privada que impartirá titulacións na Galiza. Coa conivencia da Xunta, no centro do Cesuga na Coruña impartiranse dous graos que xa existen nas universidades públicas galegas, nomeadamente na U-Vigo: Publicidade e Relacións Públicas e Tradución. Aliás, desde 1995, o Cesuga imparte tamén Arquitectura e Administración e dirección de empresas. Evitar a duplicidade de titulacións... só na pública A consellaría de Educación apoia nunha universidade privada criterios que van contra as esixencias ás universidades públicas: racionalizar o mapa de graos e evitar a duplicidade de titulacións. Os reitores das tres universidades --Xosé Luis Armesto pola UdC, Salustiano Mato pola U-Vigo e Juan Casares pola USC-- sinalaron que levan tempo reclamando ao Goberno español que regule este tipo de franquicias perante a ausencia dunha normativa clara. Hai vinte anos, cando a Xunta aprobou a implantación do Cesuga como centro dependente da University College Dublin, o obxectivo era ofertar unha docencia de calidade en lingua inglesa, obxectivo que na actualidade xa se consegue nos centros universitarios públicos da Galiza.
NOS_16580
Levan case dous anos sen convenio e outros tantos sometidas ás exixencias da pandemia. As traballadoras das residencias da Galiza volveron concentrarse, en Vigo, para exixirlle á patronal do sector unha remuda das condicións laborais tras constatar que a Covid puxo en evidencia as eivas nos coidados, mais non cambiou nada.
Traballadoras das residencias de maiores da Galiza retomaron as mobilizacións na tarde desta cuarta feira fronte ao número 60 da rúa García Barbón de Vigo, sede central de DomusVi. "Primeiro, porque levamos dous anos co convenio caducado, sen subas salariais e sen contacto ningún entre a parte social e a patronal para chegar a un novo acordo", explica a Nós Diario Sonia Jalda, presidenta de Trega. Segundo denuncian desde a asociación de Traballadoras de Residencias da Galiza, hai moitas profesionais que xa non están, polo que "esas subidas nin se cotizan nin se pagan, e serán cartos que quedarán para as empresas privadas". Trega reclama subas salariais para todas as categorías profesionais e mudar por completo a dotación de recursos dos centros de maiores. "Estamos igual que estabamos nos peores meses da pandemia, sen persoal e con material escaso". A falta de profesionais, apunta Jalda, é notábel dentro e fóra das residencias. Dentro é insuficiente para garantir o coidado das usuarias respectando o descanso das traballadoras, e fóra non alcanza as cotas necesarias para fornecer a demanda real de coidados. Non hai enfermeiras, mais tampouco auxiliares coa formación necesaria para dispensar unha atención de calidade. Proveito máximo "Temos un problema moi serio. De entrada, o incumprimento das ratios e, a maiores, a falta de formación específica do persoal que está entrando agora nas residencias". Como non hai profesionais dispoñíbeis, di a presidenta de Trega, "vale todo, e iso non pode ser". "Non se pode traballar nun centro sociosanitario con persoas, vulnerábeis, maiores, dependentes, con moitas patoloxías sen saber sequera como movelas". Desde a residencia de Bembrive, Vigo, de titularidade pública pero de xestión privada, neste caso, de DomusVi, a traballadora Maribel Barreiro destaca as condicións laborais coas que se atopa o persoal que entra de novo, e que o leva, nalgúns casos, a renunciar ao cabo de pouco tempo. "De súpeto descobren unhas condicións de traballo durísimas. As veteranas xa as coñecemos de sobra e levamos anos denunciando o abuso que supoñen en termos laborais e o prexuízo que implican en termos de coidados. Para nós son habituais, pero non son normais". Facemos 1.776 horas anuais fronte 1.600 que fan as compañeiras do sector público Barreiro describe cambios inexplicábeis nos protocolos. Onde antes eran dúas as persoas encargadas de mover ou asear unha usuaria, agora só é unha, co risco que iso supón para a integridade de traballadora e residente. "Aprovéitannos ao máximo, sobre todo a quen vén de fóra. De 15 días descansan un, porque a empresa non respecta as quendas das traballadoras de vacacións que veñen substituír. E non todos aguantan, sen persoal, sen poder ofrecer a atención axeitada, sempre ás carreiras. Claro que renuncian! Hai quen despois da primeira quenda avisa que non volve e hai quen directamente non avisa", recalca Maribel Barreiro. 1.776 horas anuais Para esta traballadora, urxe a renovación do convenio colectivo do sector, caducado desde o 31 de decembro de 2019 e sen avances na negociación. "E a responsábel directa é DomusVi, a empresa que máis peso ten na patronal das residencias privadas de maiores e tamén na mesa de negociación do convenio, que torpedean desde o primeiro día". Están "fartas", a firma Barreiro a este xornal, "porque nunca é o momento de subir os salarios, nunca é momento de acordar melloras sociais e nunca é o momento de nada". E nas súas mans está a calidade de vida de moitas persoas "fráxiles e dependentes". Así, denuncia unha precariedade de manual que afecta aos coidados mais tamén á contratación, aos salarios e ás condicións de traballo. "Facemos 1.776 horas anuais, que son moitísimas, fronte 1.600 que fan as compañeiras do sector público". A pandemia puxo de manifesto o que estaba pasando pero, de momento, aínda non cambiou nada A única resposta que atopan, son "as largas" da patronal, porque canto máis adían a sinatura dun convenio novo máis contratos temporais vencen e "máis subas salariais retroactivas aforran, que van parar aos fondos voitre", apunta Jalda. Na concentración desta cuarta feira en Vigo Trega contou co apoio de familiares e usuarias dos servizos de dependencia, moi críticas co acceso aos centros e á información sobre os coidados reais que reciben as persoas residentes. "O contacto é moi limitado e non sabemos exactamente como as están coidando, pero non cremos que cambiase moito a situación. Non contrataron máis persoal nin están investindo máis", di Xosé Bernárdez Solla, presidente de Vellez Digna e secretario de REDE. "A lei non mudou e as empresas seguen a aforrar". Neste sentido, reivindica a demanda das traballadoras. "Son lexítimas e de xustiza. Se queremos ter as persoas maiores ben coidadas é fundamental acabar coa precariedade deste traballo e reforzar a especialización e formación en xeriatría". E conclúe "a pandemia puxo de manifesto o que estaba pasando pero, de momento, aínda non cambiou nada". Escrache a Josefina Fernández Coincidindo coa mobilización convocada por Trega, familiares e usuarias das residencias da Galiza protagonizaron un escrache no número 62-64 da rúa García Barbón, sede do Círculo de Empresarios da Galiza, para denunciar a ex conselleira delegada de DomusVi Josefina Fernández, agora vicepresidenta da organización empresarial tras sair elixida onte á tarde a candidatura única encabezada por Manuel Rodríguez.
NOS_32364
A campaña da Renda e Patrimonio de 2021, que inclúe como principal novidade a alza do imposto para as rendas a partir de 300.000 euros e para os patrimonios de máis de 10 millóns, comeza mañá, 6 de abril, coa presentación das declaracións por Internet.
A campaña da Renda deste ano, que se corresponde cos ingresos obtidos en 2021, prolongarase entre o 1 e o 30 de xuño de maneira ordinaria, pero previamente, desde este 6 de abril poderanse presentar xa as primeiras declaracións do IRPF e de Patrimonio a través de Internet, un medio que xa utilizan nove de cada dez contribuíntes. Así mesmo, desde o próximo 5 de maio e até o 30 de xuño a declaración do IRPF poderase presentar tamén por teléfono, e entre o 1 e o 30 de xuño, coincidindo co período ordinario da campaña, os contribuíntes poderán presentar a súa declaración nas oficinas da Axencia Tributaria. Con resultado a ingresar e con domiciliación bancaria, o prazo conclúe o 27 de xuño. Cando hai obriga de facer a declaración? Con carácter xeral, os contribuíntes teñen que presentar declaración por IRPF cando os seus rendementos do traballo superan os 22.000 euros. Agora ben, cando contan con dous ou máis pagadores -sería o caso dun empregador e do SEPE-, ese límite redúcese a 14.000 euros se o importe percibido polo segundo e restantes pagadores supera os 1.500 euros. Os salarios galegos 10% por baixo da media do Estado Ao igual que o ano pasado, os perceptores do ingreso mínimo vital e os membros da unidade de convivencia están obrigados a presentar a declaración. Ademais, boa parte dos traballadores que estivesen en ERTE e gañen menos de 22.000 euros anuais terán que presentar a declaración, salvo que non superen os 14.000 euros en total. Principais novidades Este ano, como principais novidades, atópase a alza dos tramos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) para as rendas máis altas e a maior vixilancia dos investimentos en criptomoedas ou as axudas para as persoas afectadas polo volcán da Palma. En concreto, aumenta dous puntos o tipo estatal que grava as rendas do traballo de máis de 300.000 euros, até 47%, e tres puntos para as rendas de capital de máis de 200.000 euros, até 26%, o que afectará a un número reducido de 36.194 contribuíntes (0,17%), cun impacto de 491,4 millóns de euros (144 millóns en 2021 e 346 millóns en 2022), de acordo coas estimacións do Ministerio de Facenda. Queres coñecer cales son as empresas que máis cartos adebedan a Facenda? Ademais, en 2021 reducíronse as desgravacións de plans de pensións privados individuais a 2.000 euros como achega máxima, mentres que se elevou o límite conxunto de redución (partícipe e empresa) de 8.000 a 10.000 euros nos plans de empresa para potenciar as achegas empresariais e corrixir a "regresividade" destes beneficios, segundo o Goberno. A medida achegará unha recadación de 580 millóns en 2022. Patrimonio e criptomoedas En canto ao imposto sobre o patrimonio, o pasado ano os Orzamentos introduciron unha alza de 1% para patrimonios de máis de 10 millóns de euros, até un tipo do 3,5%. Criptomoedas: a nova pedra filosofal? Por outra parte, Facenda aumentou a vixilancia sobre os investimentos en criptomoedas para evitar a evasión e a fraude fiscal. Por este motivo, introduciuse un apartado para identificar os saldos de moedas virtuais, que até o de agora debían incluírse no apartado xenérico de 'Demais bens e dereitos de contido económico'. Simulador da renda dispoñíbel A Axencia Tributaria habilitou 'Renda WEB Open 2021', unha aplicación que permite simular a declaración de IRPF, pero non require identificación do contribuínte nin necesita dispor de datos fiscais. 'Renda WEB Open' non permite a presentación da declaración, xa que se trata dunha simulación sen validación de datos identificativos. Tampouco é posíbel trasladar os datos de 'Renda WEB Open' á declaración en Renda WEB, dispoñíbel a partir de mañá. Devolucións ao feche de 2021 Segundo os últimos datos publicados pola Axencia Tributaria en referencia á pasada campaña da Renda -IRPF 2020-, ao feche de 2021 devolvéronse 9.907 millóns de euros a 13.859.000 contribuíntes. Desta maneira, a data do 30 de decembro, realizáronse 97,7% das devolucións solicitadas en número e abonáronse 94,3% dos importes solicitados correspondentes. O dono de Abanca sitúase como a quinta maior fortuna no Estado español A Axencia recibiu un número maior de declaracións en 2020 (+2,9%), superando a cifra de 21.725.000, das cales máis de 14.187.000 (-2%) foron con solicitude de devolución (65% do total). Á súa vez, 6.059.000 deron un resultado para ingresar (+7,4%).
PRAZA_5181
Suárez, home discreto, levou a cabo intervencións concretas e sobre todo en ámbito privado, que foron determinando o proceso autonómico galego, limitado primeiro o autogoberno en 1979, para abrir a man a partir do verán de 1980, despexando o camiño até os Pactos do Hostal.
Os medios de comunicación énchense dende este domingo de retratos da figura de Adolfo Suárez e de narracións, amables e edulcoradas as máis delas, sobre a súa acción de goberno entre 1976 e 1981. Suárez foi un político con luces e sombras e seguramente representa mellor que ninguén esa transición política pola que un réxime ditatorial se transformou nun democrático "de la ley a la ley", seguindo os propios procedementos normativos da ditadura, e sen modificar tampouco a distribución de poder económico e empresarial existente no franquismo e os privilexios cos que nel contaban grupos coma a xerarquía católica. E representa mellor que ninguén, ademais, a evolución interna que amplos sectores da sociedade española levaron a cabo, pasando nun prazo moi breve de aceptar e defender o franquismo e as súas institucións e legalidade, a aceptar e defender un modelo democrático equiparable ao dos restantes países de Europa Occidental. Pode que non sempre por firmes convicións e valores, senón máis ben por pragmatismo e pola certeza de que tamén serían os beneficiados no novo réxime. Suárez foi un político con luces e sombras e seguramente representa mellor que ninguén esa transición política pola que un réxime dictatorial se transformou nun democrático "de la ley a la ley" Adolfo Suárez tivo tamén unha relación moi próxima con Galicia, un dos grandes caladoiros de voto de UCD (en 1977 obtivo 20 dos 27 escanos posibles), e onde o daquela presidente do Goberno adoitaba pasar parte das súas vacacións de verán, concretamente no chalé da Atlántida, no Grove. Suárez tivo así mesmo unha participación importante en certos momentos do proceso de redacción e aprobación do actual Estatuto de Autonomía, aínda que as súas referencias públicas ao autogoberno galego foron escasas. Suárez, home discreto e dialogante, levou a cabo intervencións concretas e sobre todo en ámbitos privados, que foron determinando o camiño da autonomía de Galicia. Suárez, home discreto e dialogante, levou a cabo intervencións concretas e sobre todo en ámbitos privados, que foron determinando o camiño da autonomía de Galicia Suárez, ao igual que a meirande parte da UCD, non cría no autogoberno. Porén, dende o comezo do seu goberno tivo quen enfrontar unha reivindicación absolutamente maioritaria en Catalunya a prol da recuperación inmediata da súa autonomía, e tamén unha presión moi forte igualmente en Euskadi, sumada ao problema do terrorismo. Iso moveuno a reinstaurar a Generalitat o 29 de setembro de 1977, dúas semanas despois dunha masiva Diada que reuniu máis de millón e medio de persoas nas rúas, e máis dun ano antes da aprobación da Constitución. O punto partida das preautonomías foi a Operación Tarradellas, unha intelixente xogada de Suárez consistente no restablecemento da Generalitat na figura do seu presidente no exilio. A medida efectuouse a través dun Decreto-Lei baseado no Artigo 13 da lei de Cortes franquista, e ademais de constituír un efectivo acto simbólico, servía de contrapeso ao poder da esquerda (PSC-PSOE e PSUC) na Asemblea de Parlamentarios catalá. Despois chegou a preautonomía vasca, e a galega aínda se faría agardar até comezos de 1978, coincidindo coas concedidas ao País Valenciano e a Aragón. O mesmo proceso seguiu a redacción e aprobación dos respectivos estatutos de autonomía. Na primavera de 1979 os textos catalán e vasco estaban xa listos para a súa votación en referendo (foron aprobados ese verán), mentres que o galego aínda non comezara a súa redacción. A presión das forzas políticas galegas (mesmo do sector máis galeguista da UCD) acelerou o proceso e a Comisión dos 16 elaborou un proxecto de estatuto á altura dos textos cataláns e vasco. Este proxecto foi recortado en parte pola UCD na Asemblea de Parlamentarios, mais chegou case íntegro ao seu debate no Congreso, xa no outono. O papel de Suárez na aldraxe Porén, unha vez que os problemas catalán e vasco foron solucionados, coa aprobación dos seus respectivos Estatutos, o Goberno de Suárez (co apoio editorial da prensa da capital do Estado e dalgúns sectores do PSOE) decidiu que chegara o momento de racionalizar o proceso autonómico. E a Galicia, como terceira e derradeira nacionalidade histórica, tocáballe o papel de chibo expiatorio, de exemplo limitador para os restantes territorios. A prensa galega fixo popular a denominación de aldraxe para condensar estes agravios. "Tenlle medo Suárez ás autonomías. De aí que se dese a orde da paralización total do tren autonómico. Non poderían tampouco dar luz verde ao vagón de Galicia, porque terían que aturar o berro dos demais que van enganchados a este", escribía xa en 1978 Luís Álvarez Pousa na súa crónica política en La Voz de Galicia. Así, en outubro e novembro o texto chegou á Comisión Constitucional do Congreso, onde necesitaba do apoio da UCD e o PSOE para ser aprobado. O consenso ao que se chegara en Galicia e os precedentes catalán e vasco auguraban unha resolución rápida. Pero o conto foi outro. As modificacións que efectuou a Comisión Constitucional nos meses de outubro e novembro de 1979 afectaron a temas fundamentais do Estatuto, coma as competencias ou a organización territorial. A transformación máis importante foi a coñecida como Disposición Transitoria terceira (nun comezo, artigo 32.4), que definía a delimitación unilateral por lei das Cortes Xerais nas materias competenciais compartidas, e eliminaba a iniciativa do Parlamento autónomo para a súa cesión, tendo que agardar á vontade (mesmo sine die) do Congreso. É dicir, na práctica, o Estatuto nacía sen competencias, estaba baleiro. A súa autoridade planeaba sobre os debates, pero ao igual que facía noutras cuestións, delegou a dirección das negociacións en persoas de confianza, como Abril Martorell ou Pérez Llorca A día de hoxe aínda se descoñece o papel concreto que Adolfo Suárez tivo neste recorte. Pódese dicir que a súa autoridade planeaba sobre os debates, pero ao igual que facía noutras cuestións, delegou a dirección das negociacións en persoas de confianza, como Abril Martorell ou Pérez Llorca. A noite do 21 ao 22, a Comisión Constitucional aprobou cos devanditos recortes o Estatuto co voto a favor da UCD e en contra de PSOE e PCE e a ausencia de AP, vascos e cataláns. Durante as semanas anteriores especulárase coa existencia dun pacto entre UCD e o PSOE, entre Abril Martorell e Alfonso Guerra, para recortar o Estatuto galego e para que unha vez concedido o autogoberno a Catalunya e Euskadi, Galicia fose o tapón e o exemplo para o resto de territorios, o primeiro dos estatutos de segundo nivel. UCD faríao en Galicia, onde era moi maioritara, e o PSOE en Andalucía. Porén, ao final os ucedeos ficaron sós. A UCD galega, que aínda que mantiña unha posición crítica acatou a disciplina de voto do seu partido, apostaba por aprobar o Estatuto (segundo Meilán, de non aprobarse, Galicia tería que agardar cinco anos) e modificalo no propio Parlamento Galego. A solución non contentaba a case ninguén en Galicia. Contaba coa oposición clara do PSdeG-PSOE, dos partidos que formaban Unidade Galega (POG, PSG e PG) e do PCG, e non xeraba un grande entusiasmo nin sequera da UCD de Suárez. Entre novembro e decembro celebráranse ademais masivas manifestacións contra a aldraxe, vixilias nos concellos e encerros de representantes públicos. Se o proxecto aprobado era votado en referendo obtería moi poucos votos a favor e probablemente sería rexeitado. Galicia pasara a ser algo máis que un instrumento, unha escusa para limitar o autogoberno a Catalunya e Euskadi. Galicia era xa un problema, un territorio clave que UCD non se podía permitir perder. É a partir dese momento cando Suárez adopta un papel máis protagonista. Un Estatuto desbloqueado no Grove A lea na que UCD metera o Estatuto galego foi pouco a pouco, ao longo de 1980, desfacéndose, co establecemento dos primeiros contactos entre os centristas e algúns representantes do PSdeG-PSOE, do PG e tamén da intelectualidade galeguista encabezada por Ramón Piñeiro Na fin de ano de 1979 Adolfo Suárez afirmou publicamente que "se repararán las injusticias cometidas en Galicia durante siglos", prometendo que "la autonomía gallega no será inferior a la catalana o vasca" e recoñecía que "acaso por nuestra parte se ha cometido errores psicológicos de presentación, al tratar de ordenar racionalmente las transferencias de competencias a Galicia, pero esto no debe dar pié a interpretar el estatuto con criterios restrictivos". A súa toma de postura, en realidade a primeira que levaba a cabo en todo o proceso, foi ben recibida pola prensa galega e por UCD. Tamén por Ramón Piñeiro, que destacou que "Suárez convírteste no fiador moral de que Galicia terá os mesmos niveles de que Catalunya i Euskadi". O 4 de xaneiro El Ideal Gallego publicou un editorial titulado "Disyuntiva ante el Estatuto", no que afirmaba que as declaracións do presidente do Goberno sobre o Estatuto de Autonomía para Galicia constituían un feito importante no proceso político galego pois "elevan la cuestión gallega a categoría de problema de Estado" e que "las protestas contra el Estatuto, elaborado de forma que muchos han coincidido en calificar de aldraxante para el pueblo gallego han dado sus frutos y han servido al menos para abrir los ojos del Gobierno". O xornal tamén aseguraba que "Nos queda la impresión de que hubiera sido muy positivo que la intervención del presidente Suárez se hubiera producido antes". A lea na que UCD metera o Estatuto galego foi pouco a pouco, ao longo de 1980, desfacéndose, co establecemento dos primeiros contactos entre os centristas e algúns representantes do PSdeG-PSOE, do PG e tamén da intelectualidade galeguista encabezada por Ramón Piñeiro e organizada no colectivo Realidade Galega. Porén, en paralelo, o propio presidente Suárez iniciaba unha crise de liderado, nun marco de grave crise económica e de esfaelamento da UCD, que o levaría a dimitir en febreiro de 1981. Neste contexto, o presidente pasou o mes da agosto no Grove, e alí aproveitou para establecer diversos contactos, sobre todo cos seus propios compañeiros de partido, para falar do Estatuto galego. O 6 de agosto El Ideal Gallego dedicáballe un editorial titulado "Suárez debe hablar en Galicia", no que afirmaba que "debe traslucirse en algún tipo de declaración o de pronunciamiento que despeje ciertas incógnitas. Ya hemos dicho que la moderación no debía entenderse como coartada para seguir marginando a esta región, sino al contrario para premiar su actitud de serenidad". O mesmo Quesada, debuxou unha viñeta sobre o tema, colocando un paisano que lle dicía a Suárez: "La cosa está clara: si quiere salir con la cabeza alta tiene que elevar el techo". O 21 de agosto Suárez reuniuse cos principais líderes de UCD en Galicia, unha tensa xuntanza na que José Luis Meilán e Antonio Rosón, lle demandaron xestos e concesións sobre o Estatuto O 21 de agosto Suárez reuniuse cos principais líderes de UCD en Galicia, unha tensa xuntanza na que José Luis Meilán e Antonio Rosón, lle demandaron xestos e concesións sobre o Estatuto para obter unha mellor imaxe pública e, segundo as crónicas políticas publicadas nesa semana, mesmo ameazaron con desentenderse do tema se non se consideraban as súas opinións. Froito desas xuntanzas, con Suárez xa moi debilitado, a UCD accedeu a modificar o texto a través das conversas que deron lugar ao Pacto do Hostal, no que participaron AP, PSOE, UCD, PCG e PG. Non era o texto dos 16 pero si que se eliminaron unha parte importante dos motivos de crítica. Despois aínda veu un referendo cunha abstención do 70%. Veu tamén o café para todos e tamén a LOHAPA despois do 23F como intento de limitar o Estado Autonómico. Pero ese foi outro conto, un no que Suárez xa non era protagonista e tampouco o pazo da Atlántida, hoxe un lugar coñecido sobre todo por acoller numerosas vodas.
PRAZA_6888
O aeródromo lucense recibirá un investimento de 10 millóns de euros ao abeiro de convenios cos ministerios de Economía e Defensa. A Xunta defende o "uso civil" destes avións non tripulados, que AGE pon en dúbida
No recente debate sobre o estado da autonomía, celebrado o mes pasado, Alberto Núñez Feijoo anunciou un investimento de 10 millóns de euros no aeródromo lugués de Rozas, ao abeiro do plan de diversificación industrial e de convenios cos ministerios de Economía e Defensa. A proposta de resolución presentada polo PP instaba á Xunta ao impulso "dun Polo Aeronáutico en Galicia", a través dunha "estratexia integral que facilite o desenvolvemento de sistemas e estruturas neste sector e, de maneira especial, no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados (UAVs) de uso civil" no Aeródromo de Rozas. Na súa intervención no debate, o presidente do Goberno galego afirmou que "materializaremos a colaboración co Ministerio de Economía e co Ministerio de Defensa para iniciar a recuperación do aeródromo das Rozas en Lugo, cun investimento de 10 millóns de euros e co obxectivo de que funcione como centro de investigación do potencial de avións non tripulados para uso civil e da súa utilidade en ámbitos como a detección de incendios, a vixilancia da contaminación ou a xestión eficiente do territorio". Porén, dende Alternativa Galega de Esquerda poñen en dúbida que este sexa o obxectivo real deste investimento e sospeitan que os fondos servirán para o desenvolvemento en Rozas de avións non tripulados (drons) para o exército, convertendo este aeródromo nunha instalación militar, como xa denunciou AGE noutras ocasións. De feito, o INTA (Instituto Nacional de Tecnoloxía Aeroespacial), dependente do Ministerio de Defensa, utiliza este espazo dende 2011 e dende entón vén realizando distintas probas con avións non tripulados. Dende AGE lembran que esas dúas aeronaves non tripuladas para usos civís custaron 80.000 euros e pregúntanse "por que é preciso, daquela, un convenio de dez millóns de euros en que intervén o Ministerio de Defensa?" Dende a administración galega adóitase argumentar que estas probas están relacionadas os ensaios co proxecto transfronteirizo Ariem-112, para uso civil. Dende AGE lembran que esas dúas aeronaves non tripuladas para usos civís custaron 80.000 euros e pregúntanse "por que é preciso, daquela, un convenio de dez millóns de euros en que intervén o Ministerio de Defensa?". En Comisión Parlamentaria, a viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, preguntoulle ao director xeral de emerxencias Santiago Villanueva "por que vostedes ocultan o que están a facer en Rozas? Están a traballar para á OTAN e para a estratexia política e económica do Partido Popular?", sen acadar unha resposta satisfactoria. "Por que hai que reformar o hangar, a torre de control?", engadiu Díaz, "o que pedimos é saber se Rozas vai ser unha base de drons para a OTAN, se é así, dígao". Yolanda Díaz denunciou que, no caso de que estes dez millóns de euros van ser destinados a investigación militar, isto suporía "a mesma cantidade que medrou a partida destinada a cubrir a crecente necesidade da RISGA en tempos de gravísima emerxencia social". "Por que hai que reformar o hangar, a torre de control?", engadiu Díaz, "o que pedimos é saber se Rozas vai ser unha base de drons para a OTAN, se é así, dígao" O pasado mes de xaneiro La Voz de Galicia xa daba conta dun investimento dun millón de euros no aeródromo co obxectivo de acondicionalo para as probas previstas cos drons. A máis importante será a construción dun cercado nos catro quilómetros de perímetro do aeródromo, xunto coa reforma da torre de control, a construción dun novo hangar e a instalación dun sistema de seguridade aérea. Hai case dous anos comezaron os voos do proxecto Atlante (Avión Táctico de Largo Alcance No Tripulado Español), un avión espía non tripulado fabricado pola empresa Cassidian, unha compañía integrada na multinacional EADS considerada "líder mundial en solucións de última xeración para forzas armadas e organismos de seguridade civil en todo o mundo". A empresa de misís MBDA da multinacional EADS recoñece o Atlante como un avión militar. Dende AGE tamén denuncian que hai xa máis dun ano realizaron unha solicitude formal para visitar as instalacións do Aeródromo de Rozas. Porén, aínda non obtiveron resposta.
NOS_15871
Para festa, a do Boi de Allariz! Durante oito días, a capital do Arnoia, cun papel central no Reino de Galiza, regresa ao ano 1317 para levar ás rúas da vila unha celebración de carácter tradicional e popular que, segundo a lenda, ten orixe na conflitividade social entre o colectivo xudeu e o cristián da Baixa Idade Media.
Seis foguetes anuncian a saída do boi e unha soa, a fin da carreira. Desde o pasado sábado 10 até o próximo domingo 18 de xuño -realmente o prato forte da festa é a próxima fin de semana-, Allariz volve ao século XIV para celebrar unha das festas máis populares e tradicionais do país, a do boi. Unha cita de orixe medieval que fai 700 anos e que se consolidou como unha das festas imprescindíbeis do calendario nacional, ao congregar milleiros de persoas chegadas desde todos os puntos. "É unha cita que ten a ver co pasado medieval de Allariz", salienta o alcalde, o nacionalista Francisco García, quen nos lembra que a orixe se enmarca en 1317. A lenda sitúaa da man do fidalgo Xan de Arzúa, "unha mestura entre o mito e a persoa", afirma o historiador e profesor Antonio Blanco, portavoz da asociación á que lle deu nome o iniciador da tradición do boi. O conflito entre o pobo xudeu e o cristián, di a lenda, está detrás da festividade. Xan de Arzúa sacaría un boi ás rúas de Allariz para amedrentar os xudeus que se burlaban da comunidade cristiá cando tiñan lugar as procesións. "Falamos dunha tradición gremial, a das confrarías profesionais. Era moi normal, arredor do Corpus, que as distintas profesións saísen á rúa para exhibiren algúns elementos exclusivos do oficio. De aí xorden as danzas de espadas ou as penlas", expón o historiador Anselmo López Carreira en declaracións a Sermos Galiza, "son restos arqueolóxicos do patrimonio inmaterial". Neste contexto, o experto na Idade Media pon de manifesto que "na veciña cidade de Ourense, os carniceiros sacaban un touro polas rúas e este feito tería influído moito na orixe da Festa do Boi de Allariz. Case con completa seguridade era o que se facía en Allariz". [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 249, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
NOS_3030
A historia da arte contemporánea en Galiza non se comprende sen o papel das artistas. A dez delas, ao seu traballo, ás súas biografías aos seus testemuños dedica a crítica Rosario Sarmiento o documentario Arte+Muller+Galicia. Estréase esta cuarta feira, ás oito do serán, no Teatro Colón da Coruña.
O filme, que obtivo o recoñecemento do I Concurso de Ideas Luísa Villalta de Iniciativas Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña e que xa foi emitido na segunda canle da TVG, "achégase ao traballo daquelas artistas cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte contemporánea en Galiza". "Arte+Muller+Galicia debuxa un amplo e plural escenario de reflexión sobre as circunstancias que rodearon a súa carreira como creadora", indican desde o ente provincial. Fina Mantiñán, Rosalía Pazo, Elena Colmero, Berta Cáccamo, Soledad Penalta, Mónica Alonso, María Xosé Díaz, Almudena Fernández Fariña, Menchu Lamas e Tatiana Medal son as protagonistas da peza. "Recoller as súas opinións, como mulleres e como artistas, supón unha chamada de atención sobre os factores que marcan a desigualdade", considera a directora Rosario Sarmiento, "a falta de seguridade en si mesmas, as dificultades para conciliar vida persoal e profesional e a eterna neesidade de demostrar as propias capacidades profesionais". Arte+Muller+Galicia estrutúrase en dúas partes. Na primeira, traza un percorrido histórico poals artistas galegas. Detense en 1990, na creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e, polo tanto, "naquelas creadoras que realizan por primeira vez estudos superiores en Galiza". A maiores, o documentario reflexiona sobre a ausencia de mulleres nas xeracións artísticas anteriores á Guerra Civil ou na posguerra, amais do impacto da restauración da democracia e a autonomía a finais dos 70. Na segunda parte do filme falan as artistas. E fano nos seus obradoiros. "Relatan as circunstancias que rodearon o seu traballo, a súa proxección profesional, e cal é a súa opinión sobre o que significa ser muller artista en Galicia", expoñen desde a Deputación da Coruña nun comunicado. Arte+Muller+Galicia preséntase esta cuarta feira ás oito do serán no Teatro Colón da Coruña. As entradas, de balde, pódense recoller na billeteira ou en www.ataquilla.com. Despois da proxección, haberá un coloquio coa cineasta, crítica e historiadora da arte e varias das artistas participantes. Despois do pase coruñés, o documental chegará ao Ateneo de Ferrol -o 20 de abril, ao Museo Provincial de Lugo -o 23 de abril-; ao Museo de Pontevedra -o 25 de abril- e ao Centro Galego das Artes Contemporáneas de Compostela -o 3 de maio.
NOS_47334
Fernández de Sousa tería presentado a súa carta de demisión como presidente do CGAC hai cinco meses e Gayoso e Méndez apenas un mes despois. Esas son as datas oficiais que a Consellaría de Cultura e Educación desvela agora, sen explicar por que leva cinco meses sen convocar un órgano descabezado que aínda agora seguen sen data para a próxima xuntanza.
A Consellaría informa agora das datas das renuncias de Fernández de Sousa, Gayoso e Méndez aos seus postos de presidente e vogais do padroado do CGAC, respectivamente. O presidente de Pescanova tería presentado a carta a Xesús Vázquez o 12 de novembro e os ex-presidentes das caixas un mes despois. Cinco meses despois da data que a Xunta comunica agora, segue sen convocar o padroado do centro de arte. A Consellería de Educación e Cultura deu á axencia EFE finalmente as datas que oficialmente recoñecen para a demisión dos tres padróns do CGAC que levaron á ruína tanto Pescanova como as Caixas. A versión do departamento da Xunta do que depende o centro dirixido por Miguel von Hafe distancia o día no que Fernández de Sousa tería presentado a súa carta de renuncia ao posto de Presidente do Padroado do estoupido do conflicto de Pescanova e da data na que tería aproveitado a información para vender ás accións da empresa, o que pode ser constitutivo de delito e vai estudar agora a fiscalía. A solicitude de dimisión de Fernández de Sousa só trascende ao público despois da información publicada en Sermos Galiza na que se demostra que nunca fora cesado polo Consello da Xunta, órgano que o nomeara en 2011 como se pode comprobar tamén na publicación no DOG. Desde entón, ningunha publicación oficial, nin siquera o Consello da Xunta, tomou coñecimento oficial da dimisión que agora a Consellaría sitúa hai cinco meses, a moita distancia de que o nome de de Sousa se vira envorcado na crise de Pescanova. 5 meses despois da renuncia do presidente do padroado, aínda non hai data oficial para a convocatoria do órgao que debería tomar coñecimento da renuncia de De Sousa Acontece que desde a data que a Consellaría dá para a renuncia a día de hoxe terían pasado cinco meses sen que a administración fixera nada para renovar un órgano que quedara descabezado, despois da marcha do seu presidente. Non só iso senón que nin siquera ten no horizonte próximo unha data orientativa para a xuntanza do órgano do CGAC. Segundo o departamento dirixido por Xesús Vázquez, os expresidente de Novacaixagalicai Julio Fernández Gayoso e o exdirector xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, terían tamén solicitado o cese un mes depois da de Fernández de Sousa, a través, neste caso, non dunha carta persoal senón dunha misiva asinada polo xerente da Fundación Novacaixagalicia. A Consellaría explica tamén, en resposta ao denunciado por Sermos Galiza, o singular feito de non aparecer a composición do Padroado na páxina web do centro e nese sentido alega razóns que apuntan á lei de protección de datos. Porén, aínda se pode atopar na memoria da rede o apartado que foi descolgado da páxina no que aparecía a listaxe de membros, como en calquera organismo público. O departamento de Xesús Vázquez asegura que as renuncias dos tres membros do Padroado serán aceptadas na próxima xuntanza, para a que non hai data mália que a renuncia do presidente, esté apresentada hai máis de cinco meses. A Consellaría explica o retraso da convocatoria dicindo que están á espera de que haxa "abondos temas ordinarios" a tratar e remítense á periodicidade irregular das xuntanzas. Malia iso, é difícilmente explicábel que o órgano rector do Centro leve cinco meses sen presidente e máis aínda sen convocar nun ano no que, entreoutras cousas, o CGAC conmemora o seu aniversario e, polo que se supón, tería que aprobar unha programación especial.
NOS_4418
Así o sinala o informe anual de 2012 que vén de presentar a Defensora do pobo en que recoñece que malia ter transladado recomendacións ao Ministerio de interior nesta liña, estas non foron aceptadas
A policía española seguirá a practicar redadas racistas. Así o sinala o último informe publicado pola Defensora do pobo, Soledad Becerril, ao facer públicas as reiteradas recomendacións que fixo chegar ao Ministerio de interior na liña de "erradicar os controis de identificación baseados en perfís étnicos e raciais". A Dirección xeral da policía recoñece esta práctica e non ten ningunha intención de acabar con ela, malia a circular emitida hai un ano en que anunciaba que se evitarían as identificacións de persoas inmigrantes cando estas fosen "innecesarias, arbitrarias e abusivas". Así as cousas, Soledad Becerril explica no documento presentado esta quinta feira que as recomendacións realizadas perante a Dirección xeral da policía foron na liña de interpretar correctamente os supostos de "detención cautelar" e se evitase o translado a comisaría de cidadá(n)s estranxeir@s que acceden a se identificar. Para alén disto, a Defensora española reclamou instrucións para "erradicar" os controis arbitrarios fundamentados en criterios raciais e étnicos. Por derradeiro, quixo destacar tamén as recomendacións relativas "á identificación persoal dos axentes do CNP e da GC". "A Dirección xeral da policía aceptou o recordatorio e a recomendación relativa á improcedencia de prender e transladar a dependencias policiais cidadáns estranxeiros debidamente identificados, mais non aceptou a recomendación para que se impartisen instrucións oportunas para erradicar a práctica policial dos controis de identificación e para que se arbitrasen mecanismos de control a posteriori", recolle o informe redactado por Becerril en que a Defensora acrecenta que non descarta encargar a un organismo externo "competente" a supervisión das actuacións policiais. Soledad Becerril fala das cargas policiais que se produciron en diversas mobilizacións cidadás que ao longo de 2012 se realizaron en todo o Estado. Informa que ao solicitar información á DXP ao redor desta cuestión "a actividade dirixida a determinar responsabilidades foi escasa" malia recoñeceren que nalgúns casos se produciron "graves lesións" a manifestantes e noutros casos "a desproporción no uso da forza é evidente". Nesta liña sinala o documento que a Defensora do pobo seguirá a reclamar datos ao respecto.
PRAZA_9763
O estudantado do centro realizou dúas sentadas con berros de "non á censura" para protestar pola eliminación da mostra poética que contiña un verso que dicía "Odio España"
"Non á censura" foi o berro máis repetido polos alumnos e alumnas do IES Punta Candieira nas protestas que levaron a cabo este martes contra a retirada da exposición de poemas que realizaran nun obradoiro. Unha denuncia anónima dun mestre ou mestra ante a Xunta pola existencia dun verso que dicía "Odio España" tivo como resultado que a Dirección do instituto retirase a mostra.As criticas nas redes sociais foron continuadas este martes por unha concentración no centro, onde os rapaces e rapazas, con roupas negras, amosaron o seu decontento realizando senllas sentadas nos dous recreos da mañá. Ademais, colocaron nas paredes do instituto carteis nos que se podían ler mensaxes como "Cando a tiranía é lei, a revolución é orde" ou "a liberdade de expresión é dicir o que a xente non quere oír", ademais do "Non á censura" que dominou a mobilización convocada. A protesta contou co apoio do alcalde de Cedeira, o socialista Pablo Moreda.O alumnado do IES de Cedeira recibiu este martes numerosos apoios. Un deles foi o do poeta Carlos Negro, que en febreiro impartiu o obradoiro de poesía do que partiron as creacións que formaron parte da mostra de textos poéticos. "Estas son as miñas armas de destrución masiva. Poemas, versos, onzas de chocolate. Levo anos indo con elas polos centros educativos de toda Galicia. Agora escoito que unha denuncia anónima e covarde pon en dúbida o traballo honesto do equipo de biblioteca deste instituto onde fun feliz. Todo o meu apoio para esas profes e o seu alumnado. Desde a liberdade, desde a poesía", escribiu en Instagram acompañando unha foto do propio IES Punta Candieira.Tamén CIG-Ensino difundiu un comunicado no que critica "as actuacións de censura expresa por parte da Consellaría de Educación", sinalando que este caso é "unha mostra máis de inxerencia e de introdución da prepotencia no funcionamento ordinario dos centros de ensino" do país. O sindicato afirma que "o inspector do centro, nun alarde de prepotencia e falta do mínimo rigor profesional, tería ordenado telefonicamente á dirección a retirada da exposición".Por outra banda, a asociación Hablamos Español, que preside Gloria Lago, anunciou que vén de presentar unha queixa ante a Consellería de Educación criticando a "falta absoluta de neutralidade ideolóxica".
PRAZA_15616
O blog Un claro no bosque dá conta da campaña Fogar sen tóxicos, impulsada pola Fundación Vivo Sano para minimizar a exposición a moitas substancias carcinoxénicas e alerxénicas presentes nas nosas casas.
O blog Un claro no bosque dá conta da campaña Fogar sen tóxicos, impulsada pola Fundación Vivo Sano para minimizar a exposición a moitas substancias carcinoxénicas e alerxénicas presentes nas nosas casas. Moitas substancias químicas de probados efectos tóxicos están presentes nos nosos fogares. Formando parte de materiais de construción e decoración, de pinturas, de produtos de limpeza, de cosméticos, de plásticos,…., por non falar dos alimentos. Sustancias que por diversas vías poden acabar no noso corpo e deteriorar a nosa saúde. Non só estamos expostos a estas sustancias nas nosas casas, mais é nelas onde podemos facer máis a nível individual para minimizar a exposición. Para nos axudar nesta tarefa a Fundación Vivo Sano promove a campaña Fogar sen tóxicos. Durante as últimas décadas multiplicouse a cantidade e a variedade de sustancias químicas sintéticas. Hoxe prodúcense millóns de toneladas de centos de miles de sustancias diferentes. A inmensa maioría foron postas no mercado sen ningunha avaliación dos seus posíbeis efectos negativos no ambiente e na saúde humana. A información científica dispoñíbel é aínda moi limitada, mais xa se identificaron 1.500 substancias carcinoxénicas e mutaxénicas, 3.000 alerxénicas, 1.500 disruptoras endocrinas -imitan ou alteran a acción das hormonas interferindo no sistema endocrino-, 3.000 alerxénicas… A presión da poderosa industria química fai que esteamos moi pouco protexidos fronte aos tóxicos nos fogares e á contaminación química en xeral, especialmente os grupos máis vulnerábeis, coma os nenos e as nenas ou as mulleres embarazadas. A inmensa maioría foron postas no mercado sen ningunha avaliación dos seus posíbeis efectos negativos no ambiente e na saúde humana Entre as sustancias tóxicas presentes nos fogares inclúense "algunhas das sustancias contaminantes que máis preocupan aos científicos, como algúns ftlalatos, retardantes de chama, compostos perfluorados, compostos voláteis,… Substancias que, segundo os casos, infindade de investigacións asocian a incrementos do risco de padecermos problemas tais como o cancro, asma, infertilidade…". Concienciación e presión política Outro eixo fundamental da campaña é a presión política. As Administracións públicas "están facendo unha grave deixación de funcións" A concienciación cidadá é un eixo central da campaña Fogar sen tóxicos, que conta coa colaboración de diversas entidades, como CCOO ou o Fondo para a Defensa da Saúde Ambiental. Para iso, creou unha web onde de forma didáctica se amosa o problema e as posíbeis solucións. Outro eixo fundamental da campaña é a presión política. As Administracións públicas "están facendo unha grave deixación de funcións". Desde Fogar sen tóxicos exixen "o control adecuado e, no seu caso, a substitución inmediata e obrigatoria de todas as substancias que poidan prexudicar de forma singular a saúde no fogar". As súas propostas concrétanse nun Chamado a responsábeis sanitarios e de medio ambiente.
NOS_16411
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao mantivo unha reunión co conselleiro de Economía, Francisco Conde, na que pediu á Xunta que faga "fronte común" co Goberno estatal en defensa do emprego.
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao mantivo unha reunión co conselleiro de Economía, Francisco Conde, na que pediu á Xunta que faga "fronte común" co Goberno estatal en defensa do emprego. En declaracións logo do encontro, o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, explicou que se trasladou a necesidade de que o Goberno galego e o Estado traballen "na mesma dirección" para unha saída "óptima" e "estábel" desta situación. Por iso, demandan da Xunta que "apoie ao Goberno en calquera medida que poida tomar" para garantir "o cento por cento" dos postos de traballo, "incluída a intervención -se chegase o momento- antes de parar as cubas electrolíticas, o que sería a morte da planta". Así, insistiuse na necesidade de alcanzar un prezo da enerxía "competitivo" respecto ao resto de Europa, mentres se empraza á Xunta a que achegue "investimentos" para a fábrica. Previamente, o comité reuniuse coa dirección de Alcoa para reclamar que paralice os 534 despedimentos anunciados para a planta de aluminio, á espera da mesa multilateral que se celebrará o vindeiro martes a partir das 18.30 horas para abordar o futuro da planta. Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, emprazou nun Parlamento sen Feixoo ao Goberno español a que estabeleza un marco enerxético que achegue "estabilidade" e "competitividade" á produción na Mariña coa posta en marcha dun "plan de reactivación" para o sector electrointensivo que empregue os 140.000 millóns do fondo europeo destinados á reactivación da economía tras a pandemia.
PRAZA_12003
O Goberno galego cre que xa fixo "todo" o posible para asegurar o mantemento de Novagalicia Banco como entidade de crédito "comprometida" coas necesidades de Galicia
Novagalicia Banco xa non é unha institución ou empresa pública do Estado, polo que a Xunta de Galicia se resigna a botar man -de novo- do Estatuto de Galicia para defender a galeguidade e vinculación con Galicia desta entidade de crédito. Empresa que foi a cuarta do Estado, con datos consolidados, en inversión en Obra Social no ano 2010, segundo os datos da Confederación Española de Cajas de Ahorros (CECA). Esta nova postura do Executivo galego contraponse á actitude proactiva que Alberto Núñez Feijóo tivo durante o proceso de negociación, fusión e bancarización das caixas galegas. O exportavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, formulou unha pregunta con resposta oral ao Goberno da Xunta, que se converteu en escrita ao ter rematado o período de sesións. Aymerich preguntaba polos pasos a dar por parte do Goberno galego para blindar a galeguidade do banco, beneficiario da segregación financeira de Novacaixagalicia, e a súa implicación con Galicia. A resposta oficial limítase a apuntar que Novagalicia Banco, que o mesmo Feijóo avalou, xa non é unha entidade amparada polo Estatuto. "A Xunta de Galicia realizou todas as accións legalmente posibles para evitar a aplicación deste marco normativo", di a resposta en relación ao Fondo Bancario (FROB, propietario de máis do 90% de NGB).
NOS_35806
Será mensal e editarase en papel e en galego. Os seus impulsores son Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro e Iago Martínez. Un iluminado nome para un novo meio de comunicación que nace "non para ocupar grandes baleiros" senón para ofrecer xornalismo alternativo e cociñado a modo.
"Non pretendemos satisfacer a demanda do que xa se quere, senón incrementar a oferta do que non hai". A declaración de intencións está tirada do manifesto fundacional do novo medio de comunicación imprenso que esta terza feira 29 ve a luz. E nunca mellor dito. Coa revista Luzes de Galicia na memoria, o escritor Manuel Rivas e o xornalista Xosé Manuel Pereiro alentan a súa resurrección. Acúrtanlle o nome. Chamarase Luzes. Preséntase en Compostela (Porta Faxeira, 20.30h) após a publicación hai tres meses dun primeiro número, o nº0, que definía xa a folla de ruta do xornalismo que defenden: demorado, sen as limitacións de espazo que impón o papel. Citando a Arthur Miller, defenden no seu manifesto que "un periódico é unha nación mirándose a si propia" e sosteñen que o que ven "non nos gusta ou non nos recoñecemos nel". A este respeito, dixo Xosé Manuel Pereiro que "fóra das redaccións hai moi bos xornalistas e tamén dentro, mais que non poden escribir coa extensión e o tempo que lles gustaría". Por iso os de Luzes serán textos demorados no facer e na leitura. Queimar o tempo. Rachar coas présas. "Contar as historias que hai que contar" "Os temas que hai que tratar non son os que interesan aos editores nin aos xornalistas, senón aos leitores, que son os verdadeiros donos dun medio de comunicación" pensado para "prender as luces" afundidas na imprensa convencional e, sobre todo e en palabras de Pereiro, "para contar as historias que hai que contar". Para alén do xornalista, actual decano do Colexio Profesional, e de Manuel Rivas, entre os impulsores do proxecto está tamén quen será o seu coordinador, Iago Martínez. Aliás, o Consello editorial confórmano Fermín Bouza, Lino Braxe, Xabier Seoane, Antón Patiño, Jonathan Dunne, Martine Silber, Ramón Chao, Débora Campos, Xoán Antón Pérez-Lema e Suso Iglesias. Do Consello de redacción fan parte Belén Regueira, José Manuel Sande, Juan Janeiro, Antón Lado, Manuel M. Barreiro, Tati Mancebo, Julio Gómez e María Yáñez.
NOS_15187
Indignación do secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, pola ''falla de solidariedade'' a nivel mundial.
A ONU solicitou aos seus estados membros que doasen por volta de mil millóns de dólares (780 millóns de euros) para combater o ébola, mais un mes despois deste chamamento só recibiu 100.000 dólares (78.000 euros). O Gabinete de coordinación de Asuntos Humanitarios da ONU consideraba que eses mil millóns de dólares eran a cantidade necesaria para conter a expansión do virus durante os seguintes seis meses. Ban Ki-Moon cualificou de "problema moi serio" a falla de compromiso na loita contra o ébola. "É hora de que os países que teñen realmente teñen capacidade garantan financeiro e loxístico" Nas últimas semanas foron doados perto de 285 millóns de euros para combater o ébola na África occidental mais ese diñeiro foi sobretodo canalizado a través de axencias da ONU ou organizacións non gobernamentais locais, afirma a AFP. Para alén desta cuantía foron prometidos 159 millóns de euros adicionais, mas que aída non chegaron a ONU segundo a Reuters.
NOS_43598
A decisión da Xunta da Galiza de frear a súa candidatura para ingresar na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa desactiva unha vía de traballo á que a sociedade civil dedicou boa parte dos seus esforzos nos últimos anos. Un dos obxectivos e das liñas de acción esenciais da Lei Valentín Paz Andrade. Porén, non dan a iniciativa por perdida. Defenden a presenza da Galiza na CPLP malia o interese do Estado español de entrar na Comunidade.
O anuncio do Goberno da Xunta de frear a candidatura da Galiza para formar parte da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) non colleu por sorpresa a sociedade civil, un apoio imprescindíbel que nos últimos anos alentou o recoñecemento do portugués no país, o desenvolvemento e aprobación da Lei Valentín Paz Andrade e, con máis ímpeto, a entrada da Galiza na CPLP. A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, fundada en xullo de 1996, é unha organización internacional formada por Estados da lusofonía: Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique, Portugal, São Tomé e Príncipe, Timor-Leste e a Guiné Equatorial, que en 2010 recoñeceu o portugués como "terceira lingua oficial" para poder ser recoñecido como Estado membro de primeiro nivel. Creouse co obxectivo de fortalecer a amizade mutua e a cooperación entre as comunidades membros. Desde entón, ademais de reforzar os seus vínculos lingüísticos, culturais, económicos e sociais, a CPLP teceu unha ampla rede de contactos coa incorporación de novas entidades e organizacións internacionais. É o caso da Galiza, representada desde o ano 2016 polo Consello da Cultura Galega e desde 2017, tamén pola Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), ambas, en calidade de "observadores consultivos". Coordinación e consenso En declaracións a Nós Diario, Ângelo Cristóvão, presidente da AGLP, destaca o valor desta representación galega, pero sobre todo, recoñece o mérito, ademais do proveito, dun traballo minucioso e "coordinado" que logrou situar Galiza nunha posición privilexiada para entrar a formar parte da CPLP. "A entrada de España non evita que entre Galiza, pero os asuntos diplomáticos son delicados e convén tratalos con delicadeza". "Nos seus estatutos de creación, a CPLP xa prevé a incorporación de territorios da contorna da lusofonía dotados de órganos autónomos". Unha chiscadela, di, "a dous territorios concretos: Macao e Galiza, que agora, após as declaracións do secretario xeral de Política Lingüística, parece ver demorada unha iniciativa que fora proposta e acordada por unanimidade na Cámara galega. Valentín García recoñeceu que o Ministerio de Asuntos Exteriores expresou o seu interese en que sexa Estado español, por xunto, o que entre na CPLP; e que a Xunta non ve coherente que "España e Galiza concorran con cadansúa candidatura". Malia esta recuada, Cristóvão prefire salientar o consenso acadado na Cámara galega para "definir unha estratexia que favorecese a entrada da Galiza na CPLP", unha estratexia, di "á que contribuímos sempre de forma coordinada co Goberno da Xunta". "O éxito da candidatura galega é posíbel e depende da vontade do Parlamento da Galiza e dos grupos políticos para manter o consenso". "Eu creo que non é incompatíbel. A entrada de España non evita que entre Galiza. De feito, non hai ningún impedimento xurídico para ingresen ambas", insiste. "É cuestión de vontade política. Se hai vontade non hai nada que non se poida conseguir", e apunta a "urxencia" de manter a calma e traballar "con sosego e tranquilidade". "Os asuntos diplomáticos son delicados e convén tratalos con delicadeza", engade Ângelo Cristóvão, "polo que non deben ser obxecto de confrontación nin de disputas públicas". Presenza autónoma O presidente da AGLP critica o grao de cumprimento da Lei Valentín Paz Andrade, froito dunha Iniciativa Lexislativa Popular. "Lonxe dun cumprimento íntegro, en moitos aspectos aínda está por comezar a aplicarse xa que non se levou a cabo o desenvolvemento lexislativo comprometido". Con todo, mantén que o éxito da candidatura galega é posíbel e depende, di, da vontade do Parlamento da Galiza e dos grupos políticos para manter o consenso e o entendemento arredor dunha cuestión indiscutíbel como é a oportunidade de que o territorio galego faga parte da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa de "forma autónoma". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.
PRAZA_8184
CIG-Servizos considera "inaudita" a resolución, que "deixa na máis absoluta indefensión ao traballador afectado, e abre unha perigosa vía de interpretación da xurisprudencia social con incertas derivas".
O Xulgado do Social número 3 da Coruña vén de ditar unha sentenza na demanda presentada por un empregado da empresa Remocsa (concesionaria dos servizos do Club Financeiro), na que dá por válida unha nómina como medio para comunicar a modificación substancial das condicións de traballo. CIG-Servizos considera "inaudita" a resolución, que "deixa na máis absoluta indefensión ao traballador afectado, e abre unha perigosa vía de interpretación da xurisprudencia social con incertas derivas". Remocsa decidiu retirar un plus de incentivos que o persoal viña cobrando dende sempre. A medida foi comunicada de xeito verbal polos responsábeis da empresa, mais nunca chegaron a realizar unha notificación por escrito como legalmente corresponde. Pouco despois os traballadores e traballadoras comprobaron nas súas nóminas que a empresa fixera efectiva esta retirada de incentivos –que nalgúns casos supón unha perda de até 700 euros mensuais- e recorreron a medida pola vía xudicial. CIG-Servizos denuncia que podería aplicarse o mesmo "método" para notificar calquera decisión empresarial, incluído o despedimento de traballadores Até o momento, a xurisprudencia entendía que para que unha empresa procedese á modificación substancial das condicións de traballo era preceptiva unha comunicación escrita entregada con 15 días de antelación ao persoal afectado. Nesa comunicación a empresa tiña que expor (nunha linguaxe entendíbel) as razóns e motivos que xustifiquen a aplicación desta medida. Porén, agora o xulgado do Social 3 da Coruña, nunha resolución inaudita e que supón unha novidade xurisprudencial, interpreta que non é preceptiva a mencionada comunicación por escrito e que á empresa chégalle con entregar soamente unha nómina para dar por notificados os cambios. CIG-Servizos entende que esta interpretación por parte do xulgado resulta "un auténtico atropelo", xa que podería aplicarse o mesmo "método" para notificar calquera decisión empresarial, incluído o despedimento de traballadores.
NOS_4615
Esta mañá, ás 12 horas na praza de Praterías de Compostela, as galegas mostraron o seu apoio a Aranaldo Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Miren Zabaleta e Arkaitz Rodríguez, encausadas no caso 'Bateragune'. O Tribunal Supremo facía pública a comezos de semana a decisión de repetir o xuízo.
Esta mañá, reuniuse en Compostela unha concentración baixo o lema "Democracia e liberdade". O acto transcorreu na praza de Praterías, en solidariedade coas persoas encausadas no 'caso Bateragune'. Concentración en Santiago de Compostela en solidariedade coas persoas procesadas no "Caso Bateragune". Fronte á represión, democracia e solidariedade. #BateraAurre ✊ pic.twitter.com/CtWrKWZC9T— BNG (@obloque) December 19, 2020 Este conflito volvía á actualidade esta semana pola decisión do Tribunal Supremo de repetir o xuízo a Aranaldo Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Miren Zabaleta e Arkaitz Rodríguez, nun proceso anulado polo Tribunal de Dereitos Humanos. Isto está a xerar diversas respostas sociais en Euskal Herria e máis alá das súas fonteiras. Eskerrik asko babesa agertu diguzuen guztioi! #Demokrazia-ren eta askatasunaren bidean tinko jarraituko dugu. Seguimos. Seguiremos.#Bateragune #BateraAurre pic.twitter.com/VZLh2bqIfL— Arkaitz Rodriguez Torres (@arkarodriguez) December 19, 2020 O Tribunal Supremo acordou por unanimidade que se xulgue de novo o 'caso Bateragune' na Audiencia Nacional española. É a primeira vez que se repite un xuízo anulado por Estrasburgo. Otegi expresaba a través das redes sociais as primeiras declaracións a raíz da decisión do Supremo: "Ni nos domaron, ni nos dobraron, ni nos van domesticar! Gañaremos". Tamén nas redes sociais, Arkaitz Rodríguez, outro dos condenados no caso Bateragune, expresou: "12 anos despois da nosa detención, tras pasar no cárcere 6 anos de forma absolutamente inxusta e ilegal, tras unha anulación europea e sen que sequera exista xa esa organización, decidiron volver xulgarnos por pertenza a ETA. Democracia? Que democracia?".
NOS_32996
Sorprendeu a todos e cada un dos asistentes do ano pasado. Nunca a última tecnoloxía estivera tan perto das mans do pontevedreses. Non era de estrañar pois que o TEK-FEST tivese unha continuación natural dentro da contorna da vila. Grazas a esta nova edición, Pontevedra vivirá un encontro de tecnoloxía e patrimonio entre o 25 e o 30 de setembro. Obradoiros, instalacións e performances serán realizados de maneira progresiva nos lugares máis emblemáticos da cidade, dende o Museo até a Casa da Luz. O TEK vólvese máis grande.
O pasado ano este encontro tecnolóxico fixo confluír a súa creatividade no lema #ACidadeDoFuturo. Con esa base realizouse unha emocionante viaxe a un futuro a curto prazo onde os visitantes puideron observar e coñecer en primeira persoa unha serie de tecnoloxías que cambiarán a percepción que temos do mundo, ou polo menos, a maneira que temos de o vivir. Este 2017 a viaxe será en sentido inverso, do futuro ao pasado, e completar o camiño xa iniciado na última edición, e que situará a Pontevedra, durante cinco días, na vangarda tecnolóxica. Coñecer o pasado permite crear un tempo novo. O TEK deste ano mesturará tecnoloxía emerxente co patrimonio pontevedrés e de Galiza. A idea non é outra que a democratización dos recursos do século XXI, como a realidade virtual, e a unión co que xa temos. Unha conexión entre tempos e xeracións, que permiten aprender, desfrutar e desenvolver profesións innovadoras, independentes e sostíbeis na artesanía dixital. Con catro bloques ben diferenciados, o TEK-FEST abordará as temáticas dunha maneira singular e para todo o mundo (todas as actividades que se realizarán durante a cita serán de balde). A primeira consistirá nunha viaxe virtual á Pontevedra do século XX. No Obradoiro de VR + Patrimonio, onde se ensinará a dixitalizar fotografías antigas e a mesturalas con panorámicas actuais para as converter en imaxes inmersivas que poidan verse en 360°, sacándolle o máximo partido ás posibilidades da realidade virtual para reconstruír o patrimonio das cidades. Será impartido por Bermudas.land. A quinta feira 28, ás 19h no Museo de Pontevedra haberá unha presentación pública dos traballos realizados neste taller. O TEK deste ano mesturará tecnoloxía emerxente co patrimonio pontevedrés e de Galiza Durante o segundo bloque, Calor. Memoria téxtil da cidade, vivirase un proxecto a medio camiño entre a arte e o deseño centrado na creación de superficies e tecidos, combinando procesos tradicionais e novas tecnoloxías. O obradoiro vén da man de Esdemga e será impartido pola deseñadora galega afincada en Londres Arantza Vilas, fundadora de Pinaki Studios, un estudio téxtil que navega entre os diferentes mundos do deseño. Na mostra de VR, o público do TEK-FEST vai atopar unha selección internacional dos mellores contidos en realidade virtual, co foco posto nos contidos relacionados coa memoria e o patrimonio. O vestíbulo do Museo de Pontevedra funcionará como unha sala de benvida para todos aqueles que queiran comezar ou afondar nunha tecnoloxía que xa comezou a invadir os fogares, e hase de voltar común no futuro. "Fuerza imprevista". Mexico, 2016; "Notes on Blindness". USA, 2016; "El tiempo en tus manos". España, 2016; "Chernobyl VR". Polonia, 2016; "Fragments". Galiza, 2015; e "Arquivo estereográfico 3D da NYPL". USA, 2016; serán as obras das que se poderán gozar no Museo dende a terza feria 26 até o sábado 30, en horario de 17 a 21 horas. Na fin de semana tamén de mañá, de 11 a 14 horas. Por último, o bloque final do TEK estará orientado a homenaxear os Tekis galegos, aqueles inventores pioneiros da nosa terra, moitas veces maltratados ou esquecidos pola fráxil memoria. O protagonista da homenaxe deste ano é o finado inventor compostelán Juan Portela Seijo, xenio da enxeñaría acústica e audiovisual, que patentou inventos coma o Organ Sound, un altofalante feito a base de cilindros e inspirado nos tubos do órgano da Catedral de Santiago. Contarase coa presenza de Yago Portela, fillo do inventor, para recibir a homenaxe e facer unha escoita en directo do invento orixinal. A guinda do pastel será a conta de Miguel Espada, que reconstruirá por primeira vez o Organ Sound en Pontevedra e o converterá nun instrumento de música electrónica. Os horarios ao completo, ben como o resto de encontros incluídos nesta particular cita tecnolóxica en Pontevedra, poden consultarse na páxina web oficial http://tek-fest.com/.
PRAZA_9613
Os máis de 500.000 euros que Sanidade vai gastar nos novos rótulos de "hospital público" súmanse aos 150.000 que xa destinou á mesma finalidade a finais de 2017. Serán instalados en hospitais das áreas de Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra
A finais de 2017, en plenas protestas contra a reforma sanitaria, o Servizo Galego de Saúde iniciou os trámites para mercar catro rótulos coa lenda "hospital público" para outros tantos hospitais da área da Coruña. O contrato, que contaba cun orzamento de 150.040 euros, foi adxudicado sen rebaixa ningunha sobre o importe da licitación a unha carpintaría metálica con sede en Arteixo entre críticas da oposición, que vía "obsceno" o que consideraba unha clara mostra de facer fronte ás críticas á xestión sanitaria da Xunta pola vía da propaganda.Os máis de 500.000 euros que Sanidade vai gastar nos novos rótulos de "hospital público" súmanse aos 150.000 que xa destinou á mesma finalidade a finais de 2017Apenas ano e medio despois daquel primeiro contrato as protestas na sanidade non amainaron. Ao contrario. E, neste contexto, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuíña vén de activar outro contrato para mercar máis rótulos de "hospital público". Desta volta o gasto previsto practicamente quintuplica o anterior ata superar o medio millón de euros para instalar dez destes letreiros noutros tantos hospitais das áreas sanitarias de Vigo, Santiago, Ourense e Pontevedra.Segundo os pregos de condicións do contrato, elaborados nos primeiros días de xaneiro e cuxos trámites están en marcha dende este 13 de marzo, con estes letreiros a Xunta pretende "mellorar a visiblidade e a localización dos centros hospitalarios públicos da comunidade autónoma" e, ademais, establecer "medidas de aforro e eficiencia enerxética nos rótulos luminosos". Para facelo pon sobre a mesa 501.600,45 euros (IVE incluído) do orzamento de maquinaria e mobiliario do programa de Atención Especializada do Sergas.Os hospitaisUn dos hospitais que nos vindeiros meses recibirán estes rótulos será o Álvaro Cunqueiro de Vigo, o de construción máis recente e centro de numerosas protestas polo sistema público-privado empregado para a súa construción e posta en marcha -agás a atención estritamente clínica, a práctica totalidade dos servizos do complexo son prestados por empresas privadas- e as carencias derivadas desta decisión. O novo letreiro do Álvaro Cunqueiro, centro de múltiples protestas polo sistema público-privado co que foi construído, elevarase uns cinco metros e debe ser visible "dende a rotonda de acceso ao hospital"Sanidade indica ás empresas interesadas no contrato que "o rótulo luminoso" do Cunqueiro debe situarse "na cuberta do edificio, nun lugar visible dende a rotonda de acceso ao hospital no vial Clara Campoamor", na "parte recta" da fachada e cunha elevación de dous metros e medio, "o que suporá unha altura total do conxunto rótulo-estrutura" duns cinco metros. O outro letreiro de Vigo irá para a fachada sur do edificio principal do Meixoeiro e debe ser visible "principalmente dende a cidade", pero tamén "dende a autovía A-55, saíndo de Vigo cara ao Porriño".Outra das áreas sanitarias con maior incidencia das protestas de persoal e pacientes nos últimos anos, a de Santiago, recibirá rótulos de "hospital público" en tres dos seus centros. No principal da área, o Clínico compostelán, situarase na terraza do quinto andar, e será desmontado o actual rótulo -que indica "hospital"-. Ten que ser claramente observado dende o periférico, a estrada Santiago-Noia e a avenida Mestra Victoria Míguez. Cunha altura un chisco menor tamén serán instalados no hospital de Conxo e no da Barbanza, en Ribeira.Os hospitais Clinico e de Conxo, en Santiago, o da Barbanza en Ribeira es de Ourense, Verín, Valdeorras, Pontevedra e O Salnés recibirán tamén estes novos rótulos coa lenda "hospital público", cuxo gasto total xa supera os 600.000 eurosOs hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras e mais os de Pontevedra e O Salnés completan a encarga duns contratos divididos en catro lotes -un por área sanitaria- que a Consellería de Sanidade quere tramitar con rapidez. Así, as empresas interesadas teñen ata o 28 de marzo para presentaren as súas ofertas. Unha vez adxudicada, a compañía ou compañías encargadas terán 1 mes para redactar os proxectos técnicos dos novos letreiros luminosos dos hospitais, 15 días para que estes proxectos sexan aprobados, un máximo de tres meses para tramitar as licenzas ou comunicacións previas da obra e 1 mes máis para fabricar os rótulos. A montaxe non debe durar máis de quince días en cada hospital, segundo indican as condicións do contrato. No caso de que, como cos anteriores letreiros, o contratista non rebaixe o prezo de licitación, o gasto de Sanidade en letreiros de "hospital público" para centros que levan anos funcionando superará en apenas ano e medio os devanditos 600.000 euros.
NOS_29803
CIG, ELA e Intersindical lamentan "a negativa" da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, a recibilos.
ELA, CIG e Intersindical concentráronse esta terza feira ante a sede do Ministerio de Traballo para reclamar á ministra, Yolanda Díaz, "a inmediata derrogación das reformas laborais". Os secretarios xerais de ELA, Mitxel Lakuntza, a CIG, Paulo Carril, e a Intersindical de Catalunya, Sergi Perelló, que encabezaban a mobilización, denunciaron ademais "a negativa" da titular do Ministerio a recibilos. As organizacións sindicais acordaron realizar esta protesta en Madrid ante o que consideran un "inmobilismo do Ministerio", que segue "sen dar paso ningún para abolir as reformas laborais impostas, primeiro polo PSOE e, posteriormente, polo PP". Unha derrogación que os representantes destas 3 centrais sindicais consideraron "imprescindíbel" para impedir os despedimentos colectivos que, denuncian, xa se están a producir sen que as empresas "precisen de autorización administrativa ningunha". Esta derrogación, apuntan, deberá contar tamén co apoio dos grupos políticos que viñeron sostendo o Goberno de Sánchez e dos partidos soberanistas de Euskal Herria, Galiza e Catalunya. Por iso, ELA, CIG e Intersindical interpélanos para que exerzan un labor activo "en defensa da clase traballadora". Os secretarios xerais alertaron do perigo de que, unha vez que se poña fin aos ERTE, estes se convertan en ERE "aproveitando a lexislación laboral en vigor, e responsabilizaron de cada un dos despedimentos actuais ou dos que se poidan producir, tanto á ministra de Traballo como ao goberno Sánchez no seu conxunto". Respecto do diálogo e a concertación social, consideraron que non é a vía para solucionar a grave situación. Consideran que o que se procura é "a domesticación e desmobilización da clase traballadora" e denuncian que "ese pretendido consenso outorga dereito de veto á patronal á hora de derrogar as reformas laborais, o que converte o diálogo social nun marco estéril e prexudicial para a clase traballadora". Xunto a isto reclamaron a fin do actual modelo de estatalización da negociación colectiva e defenderon o dereito a decidir nas súas respectivas nacións o modelo de relacións laborais, pensións e protección social para mellorar as condicións salariais e as condicións de traballo. Un modelo centralizado da negociación que, consideran CIG, ELA e Intersindical, "non só afasta a negociación colectiva das traballadoras e traballadores, senón que tamén impide a participación dos sindicatos que democraticamente os representan para pechar acordos sobre as condicións de traballo en calquera sector". Lakuntza, Carril e Perelló demandaron ademais unha axenda social para que, entre outras cuestións, se articule "un sistema de protección social forte, unha fiscalidade progresiva e un tecido produtivo sustentábel, con salarios e condicións laborais dignas".
NOS_10082
Francisco Jorquera denuncia que neste período a débeda pasou de 3.200 a 7.700 millóns de euros
O deputado do BNG no Congreso e candidato nacionalista á Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, denunciou que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo duplicou a débeda pública da Galiza "ao pasar de 3.200 a 7.700 millóns de euros". En rolda de prensa, tras participar nos 'Almorzos off/on' do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o nacionalista criticou que o PP "trata de substituír a realidade por propaganda". "Profetizou que a recuperación económica empezaría na Galiza, mais a realidade é que a economía galega decrece dende que Feijóo é presidente o dobre que a media estatal", afirmou. Perante as preguntas d@s xornalistas, Jorquera sinalou que a Convención nacionalista celebrada o pasado domingo en Santiago de Compostela serviu para marcar "unha nova etapa" do partido e que está "máis forte e unido" para ser "a forza política do cambio". Sobre o posíbel adianto de eleccións, o candidato nacionalista precisou que o BNG está preparado para que os comicios "se celebren cando se celebren". Ao fío disto, sobre as relacións co PSdeG perante un posíbel pacto tras os comicios, Jorquera comentou que as relacións entre os dous partidos son "de respecto" e "fluídas".
NOS_53123
A Consellaría de Medio Rural indica que foron controlados os focos rexistrados nos concellos de Cuntis e Quiroga. As lapas afectaron a maior superficie nunha parroquia de Vilar de Barrio
Na Galiza había, a media tarde de hoxe, sete grandes incendios forestais activos e cinco deles avanzan aínda sen que os equipos de emerxencia os deran controlado. O último dato que se facilitou até o momento é que estes lumes levan calcinadas máis de 800 hectáreas de monte. Os datos facilitados pola Consellaría de Medio Rural indican que o incendio máis grande é o rexistrado na parroquia de Rebordechau, na localidade de Vilar de Barrio. Este comezou onte ás 12.00 horas e nel traballan nove axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, dúas pas como gran maquinaria, dous helicópteros e 14 hidroavións. Polo de agora as lapas arrasaron xa 350 hectáreas e o foco segue sen control. As altas temperaturas rexistradas hoxe por toda a nazón non axudan a que a situación mellore. De feito, a BRIF informa a través da súa conta de Twitter de que está preto do "remolino" e que alí a calor é "practicamente inaguantábel". O outro punto que máis preocupaba aos equipos de emerxencia, que están a traballar arreo en todas as frontes, era A Gudiña (até que os lumes comezaron a ameazar á poboación en Cualedro e Rairiz de Veiga a última hora desta tarde) onde xa desapareceron 120 hectáreas verdes. O lume, que ten "unha evolución favorábel", declarouse na parroquia de Pentes. Para porlle coto están sobre o terreo un técnico, seis axentes, 14 brigadas, nove motobombas e varios medios aéreos. Na parroquia de Sabuguido, en Vilariño de Conso, tamén se deixa notar o avance indiscriminado das lapas. Estímase que xa van 80 hectáreas calcinadas desde que se tivo noticia do sucedido arredor das 02.22 horas desta madrugada. Alí hai, agora, dous axentes, sete brigadas, catro motobombas e oito helicópteros, entre outros medios de loita contra os lumes. Precisamente a BRIF da zona informou de que a estas horas está a aplicar un "contralume de lume técnico" para intentar que a fronte non avance contra núcleos residenciais. Tamén Lobios, na zona de Río Caldo, está a padecer esta lacra. En concreto, a área afectada (75 hectáreas e o espazo segue aumentando) está dentro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés. Desplegáronse na zona outrros catro helicóptteros e tres avións, así como 14 brigadas e cinco motobombas. O persoal contraincendios falaba nas redes sociais de que está "totalmente fóra da capacidade de extinción". O certo é que os vídeos das lapas que están circulando por internet son sorprendentes pola súa virulencia. O último dos focos de máis de 20 hectáreas (aqueles dos que informa a Consellaría de Medio Rural aos medios) localízase en Laza, na zona de Camba. Xa levan ardido 40 hectareas. Ao lugar desprazáronse dez brigadas con tres motobombas. Incendios estábeis As mesmas fontes da Xunta afirman que o lume de Cuntis deuse estabilizado esta madrugada. No entanto, arderon 25 hectáreas de terreos forestais. Para o contrrol do lume foron precisas 30 brigadas e 13 motobombas. Por último, o declarado o venres no municipio de Quiroga está activo pero estábel desde as 20.30 horas de onte. As últimas estimacións cifran en 53 hectáreas a superficie queimada.
NOS_17719
A fronte nacionalista salienta que o saldo final rexistrado no ano 2014 deixa 51.000 euros de superávit. Destaca o ''caso único'' no Estado en canto ás cotas de militancia como vía principal de ingresos.
Desde a súa fundación en 1982 o BNG sempre tivo a ben falar con orgullo da súa militancia, esa "base social organizada" do nacionalismo que dotaba e dota o Bloque dunha rede de apoio que se deixa notar principalmente nas situacións de vento en contra. O Consello Nacional do BNG vén de facer pública a súa situación financeira a 31 de decembro de 2014 e as previsións para o 2015. E nesas contas a militancia supón a trabe de ouro da 'Casa BNG' pois ela é a que garante, coas súas cotas, máis da metade dos ingresos do Bloque Nacionalista Galego -fóra subvencións procedentes da representación no parlamento e Congreso- Algo que o propio Bloque recoñece ao afirmar que "aentrega militante e o traballo da súa base social organizada fan do BNG un caso único no concerto de formacións políticas existentes na Galiza e no Estado español. Non hai ningunha outra na que o compromiso da súa militancia supoña unha porcentaxe similar nos ingresos, segundo os informes de fiscalización oficiais". En 2014 os ingresos do BNG foron de 1.943.874 euros. Máis de 527.000 procedentes das cotas da militancia, 502.000 das achegas dos cargos públicos e outrros (venda de lotaría, material...), 67.700. Uns 847.783 proceden das mencionadas partidas por representación en parlamento e Congreso. Os gastos en 2014 foron de1.892.000 euros. O Consello Nacional destaca o importante esforzo destinado a sanear financeiramente o BNG (amortización de débeda), que representou o 53'7% do total de gasto. En 2012 a débeda do BNG andaba nos 4 millóns de euros, cifra que en 2014 se rebaixou a dous millóns e medio e que no 2015 prevé recurtar por baixo dos dous millóns de euros.
NOS_1742
O Celta atopa o gol perante o Xetafe e o Lugo perde en Huelva. Empate no derbi de 2º B. En piragüismo Galiza segue cos bos resultados desta vez Mundial de Maratón 2012.
Agardábase moito do partido en casa entre o Celta de Vigo e o Xetafe. O traballo dos de Balaídos non estaba a dar os puntos necesarios neste comezo de liga e chegar a unha quinta xornada cunha soa vitoria comezaba a ter as súas consecuencias.O encontro non defraudou. O "celtiña" atopou o camiño do gol con dous novos goleadores: Augusto e Park. O tanto do Xetafe que empataba o partido no minuto 58 de pouco lle serviu. O coreano Park realizou o soño de calquera debutante: entrar e marcar. Agora o Celta descansa na metade da clasificación con seis puntos e a sensación de que este ano haberá sorpresas. O Lugo perde 3-0 perante o RecreativoO control do mediocampo foi decisivo no partido que xogaron Recreativo e Lugo en Huelva. A expulsión por dobre amoestación de Lolo Pavón no minuto 31 marcou o partido e abriu a porta aos goles. Despois do descanso marcou primeiro Pawel Brozek no minuto 53, despois Jesús Rubio no 62 e Fernando Vega no 78. É a primeira derrota do CD Lugo como visitante nesta liga e a terceira vitoria consecutiva do Recreativo en casa. Empate no derbi de 2º BCoruxo e Ourense remataron o derbi de 2º B sen goles nun empate que non fixo xustiza polas ocasións que tivo a equipa de Luisito. A polémica estivo presente nun gol anulado por un cuestionado fóra de xogo. A expulsión de Abenza na segunda metade do partido tampouco serviu para meter presión e pasar do empate con que rematou o encontro. A Esedé deixa os tres puntos en BetanzosO Compostela caeu no Carregal diante do Betanzos con polémica arbitral. O control do partido da Esedé transformouse nun gol de Joselu no minuto 3 que despois empataría o Betanzos ao marcar de penalti por unha man de Moncho. O cartón vermello directo de Joselu foi decisiva e a presión da equipa de casa conseguiu o seu obxectivo cun tanto no minuto 75 que pechou o marcador. Máis medallas para o piragüismo galegoGaliza segue dando bos resultados nas competicións internacionais. No Mundial de Maratón 2012 que se celebrou esta fin de semana en Roma, os nosos deportistas conseguiron varias medallas e demostrar que temos capacidade de aspirar a grandes metas. O sábado a vitoria foi para Tono Campos en C1 e Iván Alonso en K1. O domingo continuaron as vitorias na embarcación dobre en Canoa de Ramón Ferro e Oscar Graña (Kayak Tudense) e no dobre en Kayak de Iván Alonso e o zamorano Emilio Merchan. Ao podio tamén subiron co bronce en C2 do Ría de Betanzos de Tono Campos xunto a José Sánchez e no K2 o subcampionato sería para o pontevedrés do Oviedo kayak Alvaro Fiuza xunto a Walter Bouzón.
NOS_56676
As diferentes rutas de peregrinaxe que levan a Compostela poderían verse gravemente afectadas polo impacto sobre a paisaxe dos numerosos parques eólicos que inzan nas súas inmediacións. 'Nós Diario' analiza cos axentes sociais prexudicados os efectos negativos que poderían supor estes proxectos sobre a Ruta Xacobea, que foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1993.
Di o refraneiro popular que "o milagre do Camiño é que converte en máxicas as cousas normais". Milleiros de persoas peregrinan cada ano cara a Compostela impulsadas por diferentes motivacións: a espiritualidade, a desconexión do frenético ritmo da cidade, o afán de superación... Mais todas as e os camiñantes salientan o feito de poder gozar dos bens naturais e culturais que acompañan as diferentes rutas, declaradas no seu conxunto —en 1993— Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Porén, ese patrimonio vese hoxe ameazado polo impacto dos numerosos parques eólicos que inzan nas inmediacións dos diferentes camiños que levan á capital galega. A Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural da Galiza estabelece, con base na precedente Lei 3/1996 de protección dos camiños de Santiago, un espazo protexido que abrangue dúas faixas de 30 metros de amplo contados a partir dos límites exteriores de cada vía, polo que a nivel lexislativo nada impide a instalación deste tipo de infraestruturas na súa contorna, toda vez que garde o distanciamento mínimo de 500 metros entre os aeroxeradores e as vivendas máis próximas. Un dos casos máis soados é o dos parques eólicos Serra das Penas e Paradela, no concello homónimo, que están conectados entre si e entraron en funcionamento a finais de 2019 da man da promotora Enel Green Power. Diferentes colectivos sociais denunciaran daquela ante a Fiscalía un presunto delito de "prevaricación" por "omisión contra o patrimonio cultural e o medio ambiente", por mor das "afeccións negativas" que lle presupuñan a estes proxectos, a escasa distancia da ruta de peregrinación, sobre a Ribeira Sacra —pendente de ser declarada Patrimonio da Humanidade— e o propio Camiño, así como a ausencia de "referencia algunha" ao impacto sobre a Ruta Xacobea. Francisco Almuíña, presidente da Federación Galega de Turismo Rural e da Asociación Profesional Ribeira Sacra Rural —unha das plataformas que instara a investigar o proxecto de Paradela—, sinala a Nós Diario o impacto destes aeroxeradores no patrimonio da ruta de peregrinación: "É evidente que estas instalacións mudan a paisaxe e teñen unha certa afección, e isto cómpre tomalo en consideración". Tamén lamenta que as Administracións "falen do despoboamento do rural e de recuperar habitantes" sen contemplar o impacto "deste tipo de instalacións". Tamén se pronunciara en contra a Asociación Galega de Amigos do Camiño, cuxo presidente, Manuel López, afirma a este xornal estar "moi preocupado" polo inzamento de eólicos perto da Ruta Xacobea, algo ao que se opón "rotundamente". "Os parques eólicos afectan claramente a paisaxe, recibimos queixas de peregrinos 'tradicionais' que se preguntan como permiten a presenza dos muíños tan perto do Camiño", di, e incide na importancia de "protexer o patrimonio natural e cultural". O 'macroproxecto' do Camiño Inglés Nas inmediacións do Camiño Inglés a enerxética Green Capital Power proxecta o que a veciñanza afectada denomina o "macroparque Ordes-Curtis", composto polos proxectos Gasalla, Legre e Solpor, aos que cumpriría engadir, por proximidade, Monte San Bartolomé —Endesa—, e Abrente —tamén de Green Capital—. Este último conta cun informe desfavorábel da Xunta, ao que tivo acceso este xornal, no que se insta a "buscar outro emprazamento" para cinco aeroxeradores que afectarían os "bens do patrimonio natural", e destaca que o deseño do parque no seu conxunto "afecta negativamente o Camiño do Norte". "A empresa di que non hai impacto porque o solo [no que se asentarían os aeroxeradores] non está protexido, mais o seu impacto vai máis aló do solo", afirma en conversa con Nós Diario Victoria Fernández-Armesto, avogada, socia da Casa Grande de Xanceda e membro da plataforma Aldeas Libres de Macroeólicos. O muíño máis próximo ao Camiño, do parque Solpor, estaría a un quilómetro de distancia. Porén, o impacto visual é maior: "Persoas expertas en paisaxe concluíron que os aeroxeradores, de 200 metros de altura, poderían verse de forma nítida a 15 quilómetros á redonda, mais os eólicos mariños instalados recentemente na costa portuguesa, dunhas dimensións semellantes, poden percibirse desde Tui a 60 quilómetros de distancia. O macroparque de Ordes sería visíbel desde as rutas inglesa, francesa e do norte", salienta. Aliás, as liñas de alta tensión atravesarían as rutas. Neste senso, lamenta que o Camiño perda a súa "esencia": "A xente faino por razóns diversas, mais todo o mundo destaca a contorna e a calma, escoitar a brisa do vento, os paxaros... Pensar que este traxecto, pasando polas mesmas árbores e montañas que millóns de persoas durante os últimos 1.000 anos é o que fai máxica a experiencia do Camiño. Mais se agora vas camiñando e topas cun treito que semella unha zona industrial, co ruído dos rotores e as pas e vendo unicamente muíños ao teu redor, quizais decidas saltar a etapa". Isto podería supor unha "gran perda de valor" para o medio rural: "Haberá menos peregrinos, menos turistas, menos consumo na restauración... O impacto económico é evidente", sostén Fernández-Armesto. A escasos quilómetros en dirección leste atópase o complexo eólico previsto no Monte do Gato, que conformarían tres parques de Greenalia e outros tantos de Galenergy. Este xornal recolleu recentemente as denuncias da veciñanza afectada sobre a "falta de información" durante a negociación pola venda dos terreos e a "fragmentación artificiosa" dos parques, así como as consecuencias negativas que estes aeroxeradores terían sobre dúas rutas, o Camiño Inglés e o do Norte. "É ilusorio pretender que este tipo de instalacións non terán apenas impacto na Ruta Xacobea, e non pode entenderse como, en pleno Xacobeo 2021, pode proporse a tramitación de tais proxectos, cun declarado impacto visual sobre unha das mellores paisaxes do norte galego", censurara o colectivo. Os 'Amigos do Camiño', preocupados pola situación no Bierzo A febre eólica chegou tamén nos últimos meses ao Bierzo, onde o pasado abril se rexistraron máis de 3.000 alegacións contra o parque eólico Trabadelo, que atravesaría o sendeiro que desemboca en Compostela. Máis dunha decena de asociacións en defensa deste ben patrimonial denunciaron que iría "contra os valores" do mesmo. Luis Gutiérrez, presidente da Federación de Asociacións de Amigos do Camiño, debulla para este xornal a súa postura: "De momento non hai ningún proxecto aprobado, mais non toleraremos que non se garden as distancias oportunas ou que haxa afeccións ao patrimonio arqueolóxico", xustifica, e salienta que nalgúns treitos do Camiño vense muíños "á esquerda e á dereita nas montañas". Gutiérrez ve lóxicas este tipo de infraestruturas polas "necesidades da sociedade", mais advirte que os eólicos "van rachar a paisaxe en si e provocar alteracións". O precedente de anulación de Sasdónigas O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) tombou en novembro do pasado ano o parque eólico Sasdónigas, promovido por Norvento en Mondoñedo, debido a que o "desmembramento" do proxecto en dous parques impedira avaliar correctamente o seu impacto, así como que a declaración de impacto ambiental non valoraba "correctamente" a afección directa sobre o Camiño.
PRAZA_18180
"Hai quen apostou por tirar o patrimonio e construír disparates, o Bloque demostra que conservando o patrimonio somos capaces de mellorar o espazo urbano", di Pontón no primeiro encontro cos sete cabezas de cartel da formación con Lores como anfitrión
Os resultados nas sete principais cidades do país son sempre un dos puntos clave á hora de analizar os éxitos e fracasos das forzas políticas galegas nas eleccións municipais. No ano 2015 o BNG transitou entre a decepción de ficar fóra das corporacións de Vigo e Ourense, o alivio de manterse en Lugo ou Santiago e a ledicia da consolidación en Pontevedra, cun crecemento de case tres puntos e un edil máis que deixou o equipo de Miguel Anxo Fernández Lores ao bordo da maioría absoluta. A cidade do Lérez, onde ostenta a alcaldía dende 1999, foi elixida este martes polo Bloque para lanzar simbolicamente a súa precampaña urbana. Pontevedra, di Ana Pontón, é a mostra de que a formación é quen de desenvolver "un modelo urbano de éxito". "Temos un modelo que é envexa de moitas e moitos e que pode ser aplicado en todas as cidades galegas", defende a líder do Bloque en Pontevedra No primeiro encontro público entre Pontón e as persoas que aspirarán á alcaldía nas sete cidades, con Lores como anfitrión, a portavoz nacional do BNG anima a ollar cara a Pontevedra. Tras varias semanas en que a transformación urbana pontevedresa volveu ocupar titulares da prensa internacional, a líder soberanista resalta que é posible afirmar que o Bloque ten "un modelo" de cidade "que é a envexa de moitas e moitos, que funciona, que demostra a potencia que ten o BNG cando é capaz de poñer en marcha as súas alternativas". Ese modelo, afirma, "pode ser aplicado en todas as cidades galegas". "Obviamente, dende as características de cada cidade e respectando a personalidade de cada unha", afirma Pontón, as candidaturas do BNG serán quen de aplicar "un modelo urbano de éxito que consegue mellorar a vida das persoas" e que xa funciona en Pontevedra. "Hai quen apostou no seu día por tirar o patrimonio urbanístico e construír disparates" mentres o Concello de Pontevedra, con Lores á fronte, demostrou que "conservando o patrimonio somos capaces de mellorar o espazo urbano" e integrar nel "novas intervencións que teñan en conta que o espazo público debe estar ao servizo das persoas", compara. Con estas credenciais, agrega, o BNG "vai por todas" nas eleccións de maio de 2019. Lores, intervindo ante Pontón no acto de lanzamento simbólico da precampaña urbana do BNG / BNG Pontón: "Hai quen apostou por tirar o patrimonio e construír disparates, o BNG demostra que conservando o patrimonio somos capaces de mellorar o espazo urbano" Neste sentido, Ana Pontón cre relevante que o BNG sexa "a primeira forza que ten nomeados os cabezas de lista para as sete grandes cidades": Francisco Jorquera na Coruña, Rubén Arroxo en Lugo, Luís Seara en Ourense, Goretti Sanmartín en Santiago, Iván Rivas en Ferrol, Xabier Pérez Igrexas en Vigo e o propio Fernández Lores en Pontevedra. "Tomamos moi en serio a preparación destas eleccións para presentar á sociedade proxectos de cidade ilusionantes". "O resultado das eleccións -cre Pontón- vai depender do traballo que fagamos de aquí a maio" e "sóbrannos gañas de traballar". Mostra disto, agrega, é que "non nos limitamos a falar, senón que demostramos con feitos que somos capaces de transformar en positivo as cidades". No transcurso do acto Lores subliñou que, ao seu xuízo, modelos de cidade como o de Pontevedra, "construídas para as persoas" parten do "amor por Galiza" que profesa o BNG e na "confianza nas capacidades" do país. É por iso que a formación frontista pode concorrer ás urnas nos comicios locais con propostas "cribles, fiables e de futuro", conclúe.
NOS_49019
Concentración esta sexta feira, unha hora antes do inicio do encontro, perto de Balaídos
A través de redes sociais e whatsApp estase convocar o celtismo a amosar esta sexta feira, día na que o Celta se enfronta ao Girona, o apoio á democracia e o dereito dos cataláns e das catalás a vota no referendo do 1-O. Nas mensaxes chámase a acudir a unha concentración nas proximidades do Luar, a pé de Balaídos, ás 20:00 horas, unha hora antes de que comece o encontro contra a equipa xerundense. Ademais, tamén se fai un chamamento á afección celeste a que, cando chegue o minuto 17 do partido, se coree 'Votarem', unha acción que se repetiría no minuto 17 da segunda metade (min. 62 do encontro). Con esta iniciativa quer tramsitirse apoio e solidariedade para co pobo catalán e o seu dereito a exercer este domingo o dereito de autodeterminación. A solidariedade co 1-O tivo reflexos estes días en diversos campos de fútbol, como San Mamés (Athletic de Bilbao) ou Mendizorroza (Alavés), onde os afeccionados realizaron diversas accións para que se visibilizase o apoio a que os cataláns e as catalás poidan votar no refrendo convocado pola Generalitat.
PRAZA_3080
No 2018 os depósitos nas apostas presenciais chegaron aos 122 millóns de euros, fronte aos 146 millóns de 2017. A marxe de ganancia para as empresas foi de 26,7 millóns. Porén, o xogo online pode estar a mover preto de mil millóns de euros cada ano en Galicia.
No 2018 as apostas presenciais moveron 122 millóns de euros en Galicia, fronte aos 146 millóns de 2017. A marxe de ganancia para as empresas foi de 26,7 millónsA Dirección Xeral de Ordenación do Xogo vén de publicar os datos económicos relativos ás apostas correspondentes ao ano 2018. Unhas cifras nas que chama a atención o descenso, por primeira vez, na cantidade de diñeiro gastada polos galegos nas apostas presenciais. En total, foron case 122 millóns de euros, dos que só 95 retornaron en forma de premios, ficando as empresas do sector cunha marxe de ganancia de 26,7 millóns de euros. É dicir, os galegos perderon 26,7 millóns de euros nas apostas presenciais no ano 2018.A cifra, no entanto, é inferior á que se acadara no ano 2017. Daquela, a cantidade apostada fora de algo máis de 146 millóns de euros, con 111 millóns en premios e unha marxe de beneficio para as casas de apostas de case 35 millóns de euros.Porén, mentres semella que o crecemento das apostas presenciais puido chegar ao seu tope, o movemento de diñeiro nos xogos online non deixa de medrar. Os últimos datos, correspondentes ao terceiro trimestre do ano 2019, amosan que se mantén un crecemento continuado e que o xogo online no conxunto do Estado español (non hai datos desagregados por comunidades autonómas) move xa ao redor de 19.000 millóns de euros, máis de tres billóns das antigas pesetas.As cifras económicas dos xogos online non deixan de medrar. No ano 2012 sumaban 2.700 millóns de euros en toda España, cifra que se duplicou un ano despois e que superou os 10 mil millóns de euros no ano 2016. No 2018 a contía total destas apostas superou xa os 17 mil millóns de euros, sobre todo nos casinos online e nas apostas deportivas.Pódese estimar que o pasado ano os galegos gastaron nas apostas online uns 950 millóns de eurosNon hai datos específicos para Galicia, pero podemos realizar algunha estimación baseada no peso estatístico da poboación sobre o total do Estado Español. A poboación censada en Galicia supón o 5,78% do total español. Mesmo empregando unicamente un valor de referencia do 5%, podemos pensar que no pasado ano os galegos e galegas gastaron nas apostas online uns 950 millóns de euros. Ademais, os xogos e apostas presenciais (dende a lotaría ás máquinas comecartos, pasando polo bingo e as apostas nos salóns de xogo) moven cada ano en Galicia outros 1.400 millóns de euros.O estudo 'Mozos, xogos de azar e apostas', publicado recentemente, destaca que "xogar e apostar con diñeiro xa forma parte do ocio xuvenil normalizado". A Enquisa sobre Uso de Drogas en Ensinos Secundarios en España (ESTUDES), publicada pola delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, sinala que en dous anos (desde 2016 a 2018) aumentou case catro puntos porcentuais o número de mozos entre 14 e 18 anos que xogaron online con diñeiro e case dez puntos quen o fixeron presencialmente. Concretamente, pasouse de 2 a 3 de cada dez mozos adolescentes que apostaron en xogos offline (21,6% en 2016 e 30,7% en 2018) e de ser o 5,4% ao 15,3% das mozas de 14 a 18 anos. En canto ás apostas deportivas, o póker e outros tipos de xogos que se realizan en liña, aumentou de 10,2% a 17,4% o número de mozos e de 2,5% a 3,6% o de mozas.
NOS_54020
Os dous coruñeses foron os triunfadores galegos na noite dos Premios MIN da Música Independente que tivo lugar a terza feira.
Xoel López, que optaba a cinco dos principais premios, acadou o recoñecemento ao mellor álbum pop polo seu último traballo, 'Paramales', e á mellor produción musical. Xabier Díaz conseguiu o galardón ao mellor álbum en galego polo seu 'The Tambourine Man' xunto coas Adufeiras de Salitre. Tamén optaban Davide Salvado, Terbutalina, SES e Rústica, o disco conxunto de Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña. No caso do mellor álbum en euskara o gañador foi Jabier Muguruza e en catalán, Els Catarres. Davide Salvado tamén competía polo mellor álbum de músicas deo mundo, que rematou en mans de Barcelona Gipsy Balkan Orchestra. A banda triunfadora da noite foi Vetusta Morla, que levantou o premio ao mellor artista, mellor videoclip e mellor directo. O mellor álbum do ano foi para El Langui e a mellor canción para Izal. Premios Martín Códax O 28 de abril faranse públicos os Premios Martín Códax da Música Galega, que contan con 57 finalistas, onde tamén podemos atopar a Xoel López, Xabier Díaz, Davide Salvado, Uxía & Narf, Caxade, Guadi Galego, De Vacas, Agoraphobia ou The Lakazans.
PRAZA_16039
Coa próxima retirada dun dos Estados que máis se beneficiou do sistema de reparto en base ao principio de estabilidade relativa, como é Gran Bretaña, ábrese a oportunidade de derrubar por fin esas inxustas e desproporcionadas bases de reparto.
Hai máis de 30 anos, a flota española que faenaba no caladoiro do Gran Sol, era coñecida como "A Flota dos 300". A realidade é que dita flota sumaba máis de 400 barcos dos cales case un 90% eran galegos. Hai máis de 30 anos, a flota española que faenaba no caladoiro do Gran Sol, era coñecida como "A Flota dos 300". A realidade é que dita flota sumaba máis de 400 barcos dos cales case un 90% eran galegos. A día de hoxe esta flota non chega aos 100 barcos A día de hoxe esta flota non chega aos 100 barcos, incluíndo neste total aos de menos de 100 toneladas que antano non computaban por pertencer a un censo diferente. Estes buques do Gran Sol son os principais subministradores de peixe fresco do mercado español, sendo a nosa comunidade a maior potencia europea dentro deste caladoiro. Retrocedamos ao ano 1973, cando se produce a entrada da Gran Bretaña, Dinamarca e Irlanda na CE. Esto significou o inicio da política comunitaria en materia de pesca, sendo imposta por estes países a derrogación do dereito de libre acceso aos caladoiros dos Estados membros. Como contrapartida ao anterior, recoñeceron a estes Estados dereitos históricos sobre a pesca nas súas augas e posteriormente, no ano 1977, a CE procede á ampliación das súas augas ata as 200 millas náuticas como zona exclusiva. A partir desta extensión das 200 millas, a flota española viuse obrigada a negociar no ano 1978 un acordo marco para poder seguir faenando nos caladoiros de pesca tradicionais, nas costas de Irlanda e Francia. Neste acordo marco impúxose a renuncia da flota española aos seús dereitos históricos de pesca no Box irlandés. A renuncia fíxose a cambio de 200 licencias de pesca. No ano 1981 prodúcese o acordo entre Gran Bretaña e Francia polo que a primeira logra impoñer na CE a súa tese de derrogar a liberdade de acceso para os Estados membros ás augas comunitarias. Á vez, Francia consolida os seus dereitos históricos de pesca nas augas do Reino Unido e Irlanda. Este acordo supuxo a base da política pesqueira comunitaria, nacida no ano 1983. Esta política introduce 3 conceptos esenciais: O recoñecemento dos dereitos históricos de pesca nas augas comunitarias, o criterio de conservación dos recursos mariños e o principio de estabilidade relativa. O recoñecemento dos dereitos históricos de pesca a Francia, Reino Unido, Bélxica, Holanda, Dinamarca e República Federal de Alemaña supuxo unhas cotas de pesca nos máis importantes caladoiros comunitarios, maila que as capturas destes países fosen centradas en especies distintas ás extraídas nesas zonas. O concepto de que a conservación dos recursos mariños xustifica a limitación das capturas, os TAC (total de capturas admitidas) e as cotas das mesmas especies, distribuídas entre os Estados membros é unha gran mentira, baseada nunha inexistente avaliación científica sobre os recursos pesqueiros comunitarios que permita coñecer o seu estado actual, co cal os devanditos TAC non son máis que moedas de cambio para fins políticos. O principio de estabilidade relativa supuxo para os países comunitarios un reparto de cotas de pesca das distintas especies nos diversos caladoiros en base ás capturas realizadas nos últimos seis anos. Ditas cotas foron variando no tempo, pero gardando sempre a proporcionalidade do reparto inicial, pois o contrario suporía alterar o equilibrio dos recursos pesqueiros existentes. Coa próxima retirada dun dos Estados que máis se beneficiou do sistema de reparto en base ao principio de estabilidade relativa, como é Gran Bretaña, ábrese a oportunidade de derrubar por fin esas inxustas e desproporcionadas bases de reparto O principio de estabilidade relativa non significou máis que o reparto de cotas de pesca dos países membros ante o inminente ingreso de España na CE. Coa próxima retirada dun dos Estados que máis se beneficiou do sistema de reparto en base ao principio de estabilidade relativa, como é Gran Bretaña, ábrese a oportunidade de derrubar por fin esas inxustas e desproporcionadas bases de reparto. Para España, e para Galicia en particular, suporá mellorar o reparto das cotas de pesca e os totais admisibles de capturas, unha batalla crucial para o sector pesqueiro que a culminación do Brexit permitirá librar. A nosa flota viuse notablemente reducida a causa das subvencións que promoveron o despezamento dos buques e polo cambio de bandeira nestas últimas décadas, xunto coa imparable deslocalización da flota e das descargas O acordo de estabilidade relativa, foi un acordo baseado en criterios políticos e non xurídicos nin ecolóxicos. Coa saída británica da UE, mudan radicalmente as circunstancias que permitiron a súa aprobación e xustifican un cambio dos dereitos da flota no marco da PPC da UE, pese a que a nosa flota viuse notablemente reducida a causa das subvencións que promoveron o despezamento dos buques e polo cambio de bandeira nestas últimas décadas, xunto coa imparable deslocalización da flota e das descargas tanto en portos de países comunitarios coma non comunitarios, baixo o amparo dunhas nefastas políticas pesqueiras trazadas dende a comisaría europea. Malia todo isto, España segue sendo a primeira potencia europea en capturas e número de barcos, así coma na exportación de conservas.
NOS_53801
"Estades facendo historia, o que facedes aquí non se está a facer en ningún outro sitio do mundo". Guillermo Heras, presidente da Asociación de Directores de Escena de España, dirixíase así a asemblea do I Congreso Internacional do Teatro Galego, que decorreu en Santiago a principios de mes, referíndose á capacidade da profesión teatral galega de adiantarse aos tempos, de tratar de ver máis alá da crise pandémica que semella ameazalo todo para debater sobre como debe ser o teatro da próxima década.
Se cadra, soa algo hiperbólico, pero que –como nunha historia de Bocaccio– un grupo de xente se encerre a imaxinar o futuro no medio dunha alerta sanitaria sen precedentes no último século é un signo de vitalidade que talvez deberiamos ter en conta. Crer nas propias posibilidades non é a principal fortaleza da sociedade galega, mais aínda quedan persoas dispostas a defender o territorio da esperanza. O teatro é tal vez a arte que se aproxima máis a un levantamento popular, a un conclave de inconformistas que non se resignan a aceptar o discurso oficial e precisan que se lles conte a Historia, as historias, desde un lugar diferente. E os "titiriteiros", tan a miúdo menosprezados e humillados, deron outra vez un exemplo de como enfrontarse á industria do negacionismo: recoñecer as debilidades, tonificar as potencias e, sobre todo, debater en común sobre os pasos a dar. Quizais non parece moito, mais hai datos que alentan ao optimismo: segundo o informe que o Consello da Cultura Galega presentou no Congreso sobre o estado da escena do noso país, o público galego outórgalle ao seu teatro unha nota media de 9,1, unha cualificación que nin se atreven a soñar os dirixentes políticos que teñen por obriga velar pola cultura propia e que, como era previsíbel, non se achegaron por alí a indagar sobre as necesidades dos que alimentan esa chama de entusiasmo. O estudo tamén desvela que o 51,5% dos espectadores aposta polas funcións en galego, unha preferencia que é máis elevada nos máis novos. Salvar as palabras é unha obriga moral e o teatro estivo sempre na vangarda desa batalla. Os sons dun pobo resoan con mais forza desde un escenario, e quizais por iso existen tantos voluntarios da extinción, tantos militantes da agonía. Ante todos eles, o teatro chantouse nun mes de outubro acometido pola peste buscando respostas á fraxilidade que nos rodea, exercendo de activistas da ilusión. Ante os incendios que nos rodean, unha obra de teatro pode parecer un cortalumes moi cativo. Mais non esquezamos que hai quen asegura que o detonante da Revolución Francesa foi a representación de As vodas de Fígaro. Unha comedia que o poder quixo prohibir sen logralo.
NOS_26048
Decenas de persoas secundaron a convocatoria da PAH concentrándose ás portas das sedes centrais do Banco Santander e do BBVA na cidade olívica. No acto participaron representantes da CIG, BNG, Galiza Nova e AGE.
"Si se pode!". Esa foi a consigna que monopolizou, case en exclusiva a xeito de mantra, o escracho convocado pola Plataforma de Afectadas/os polas Hipotecas (PAH) de Vigo diante das centrais do Banco Santander e máis do BBVA na cidade olívica. O berro, seguido enerxicamente polas decenas de persoas que se concentraron, quería expresar que as demandas que vertebran a ILP, que onte o a maioría absoluta do PP tombou na Comisión de Economía do Congreso, son "perfectamente posíbeis" para alén de "moi necesarias". O escracho tivo como obxecto ambas entidades financeiras por se negaren até o momento a designar un interlocutor estábel co que a PAH poida negociar as execucións hipotecarias da comarca. Neste senso, representantes da plataforma mantiveron breves xuntanzas con responsábeis de ambas entidades, das que lograron o compromiso de abordar a cuestión nos vindeiros días. A ese reclamo si accedeu in extremis o Banco Popular, que fóra sinalado como primeiro obxectivo da convocatoria. Tamén houbo berros contra o Partido Popular ("isto nos pasa por un goberno facha"), mais tamén sinalando a responsabilidade do PSOE durante a súa etapa de goberno ("isto xa pasaba, con Rubalcaba!"), nunha mobilización que contou coa presenza de diversas organizacións políticas e sociais, como o 15M. Foron numerosos os representantes do BNG e de Galiza Nova presentes no mesmo, entre outros a deputada nacionalista no Congreso, Olaia Fernández Davila. Varios membros de AGE tamén participaron, encabezados pola súa deputada no Parlamento Galego, Consuelo Martínez. Aliás, a CIG amosou novamente o seu apoio á PAH a través da presenza de varios dos seus dirixentes, entre os que destacaba o seu secretario comarcal en Vigo, Serafín Otero, e máis o secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Monteiro.
NOS_37656
O Instituto da Vivenda, Infraestrutura e Equipamento (Invied) do ministerio aínda ten activos sen sacar a poxa no país e xa vendeu, polo menos, unhas fincas para construír vivendas na cidade da Coruña.
Malia as críticas que se sucederon, sobre todo na Coruña, pola intención do Ministerio de Defensa de vender unha gran carteira de propiedades na Galiza nos últimos anos, o departamento do Goberno do Estado español segue a ofertar diversos bens coa intención de recadar diñeiro e sacarlle algún rendemento a espazos sen uso. Na actualidade está a piques de fechar tres poxas activas cun valor próximo ao millón de euros. A través do Instituto da Vivenda, Infraestrutura e Equipamento (Invied), pretende desfacerse de dous locais que foran destinados a oficinas na cidade da Coruña e un edificio ao completo na localidade de Ferrol. En concreto, a próxima cuarta feira 13 de xaneiro, rematarán os prazos para presentar ofertas por un inmoble situado no número 12 da Avenida do Exército e outro no mesmo número, pero neste caso da rúa de José L. Pérez Cepeda. No primeiro dos casos, Defensa reclama en primeira poxa unha contía de 243.430,40 euros por un espazo de 640 metros cadrados que se atopa fronte ao peirao de San Diego, que no futuro será sometido á desafectacións dos terreos portuarios. Malia que o espazo precisa dunha reforma, a realidade é que a zona será privilexiada se sae adiante o proxecto para crear un lugar aberto ao mar para o tempo de lecer da veciñanza. Igualmente, se seguise adiante o proxecto de 2004 de fornecer un espazo para o mercado inmobiliario, o local comercial estaría ben céntrico. Na rúa Pérez Cepeda o inmoble dispoñíbel está a 500 metros da céntrica praza de Pontevedra e ocupa toda a primeira planta dun edificio residencial. Polos 400 metros que na última ocasión estiveron destinados a oficinas da Axencia Tributaria, Defensa pide 164.250,20 euros. Quizais o prezo máis rebaixado teña que ver co mal estado deste local que data de 1966. Nas características técnicas, o Invied recoñece que hai filtracións, óxido, desaxuste das pezas de carpintería, un mal revestimento do interior, elementos quebrados, non hai illamento térmico, entre outras cuestións. O outro ben que aparece esta cuarta feira na páxina web é un edificio completo no número 75 da rúa da Magdalena, en Ferrol. Neste caso a poxa finaliza o 16 de febreiro e non se saberá até marzo se houbo ofertas. Neste último caso, o ministerio demanda 323.049,60 euros por un baixo, catro andares e a baixo cuberta, distribuídos en 1.340 metros cadrados. A cualificación da construción é "dotacional pública". Sexa como fora, Defensa ten case un millón de euros en propiedades na Galiza á venda e aínda non rematou de saldar todas as posesións. Aliás, consultado por Nós Diario, o departamento non chegou a recoñecer se deu vendido o terreo de Adelaida Muro na Coruña ou dúas fincas na Maestranza, tamén na Coruña (xa que houbo unha paralización no cambio de mans pola entrada en xogo do Concello), por indicar algúns exemplos. Unha das poucas operacións que lle saíron ben foi a do campo de tiro de Bande na comarca de Compostela,que colocou en primeira poxa por preto doutro millón de euros. Ao respecto das propiedades da Maestranza, moi preto do mar e pegadas ao casco histórico da Coruña, desde o Concello aclararon que ao final vendéronse dous dos tres solares "a unha empresa vasca". Mais o Goberno local tratou de negociar para lograr "unha construción máis ordenada e con espazos libres e menos edificabilidade". Sobre a terceira propiedade nese reducido ámbito, que quedou fóra do proceso, desde María Pita lembran que se traballa na modificación do plan parcial desa zona (incluído no Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM) para "que non se poida construír alí porque pasa a antiga muralla".
NOS_1736
Milhares de portugueses saíram às ruas para 'votar' contra o Orçamento de Estado para 2013. O governo de coalizão aprovou sozinho umhas contas públicas que os principais partidos da oposição consideram inconstitucionais.
Esta terça-feira, sindicatos e movimentos sociais concentránose perante a Assembleia da República para mostrar a sua rejeição às políticas anti-sociais defendidas pelo governo de Passos Coelho (PSD) e Paulo Portas (CDS). Milhares de pessoas secundaron a mobilização "contra a recessão, a exploração e o empobrecimento" do país. Neste sentido, exigiram o governo luso que mude a sua política económica e, sobretudo, que nom aprove os orçamentos de Estado para 2013. Porém, finalmente e com os votos a favor apenas das duas forças políticas em coligação, os pressupostos para o próximo exercício económico ficaram aprovados. "Este Orçamento do Estado põe o país, os trabalhadores a saque, em nome dos bancos e do capital financeiro" "Este Orçamento do Estado põe o país, os trabalhadores a saque, em nome dos bancos e do capital financeiro, sem qualquer um futuro de desenvolvimento, progresso e justiça Social", afirmou durante a manifestação, um deputado do PCP. Segundo o projeto apresentado pelo executivo português, a classe trabalhadora do país assumirá a partir de 2013 cerca de impostos equivalentes ao salário de um mês. A inconstitucionalidade do Orçamento A CGTP-IN já apresentou na semana passada oito pontos em que denunciam a inconstitucionalidade dos orçamentos aprovados esta terça-feira. Aliás, solicitaram há três semanas uma reunião com o presidente luso, Passos Coelho, que esperam ser respondida pelo presidente. "Portugal não pode continuar subjugado a um Governo que assenta a sua opção de classes num programa de agressão aos trabalhadores e ao povo português, para satisfaz os interêsses econômicos e financeiros dos grandes grupos capitalistas", afirmaram desde a central sindical. No entanto, anunciaram que intensificaria "a mobilização e a luta dos trabalhadores contra a promulgação ou aplicação das medidas gravosas contidas nos orçamentos", com o objectivo de "dinamizar a acção ea luta para pôr fim a este Governo ea esta política" .
PRAZA_9122
O ministerio público rexeita o recurso de Andrés Cortabitarte, ex-director de Seguridade na Circulación, cuxa responsabilidade por non dispoñer medidas de seguridade na curva o maxistrado equiparou coa do maquinista por despistarse e non frear a tempo
O ministerio público rexeita o recurso de Andrés Cortabitarte, ex-director de Seguridade na Circulación, cuxa responsabilidade por non dispoñer medidas de seguridade na curva o maxistrado equiparou coa do maquinista por despistarse e non frear a tempoO fiscal que leva o caso do accidente de Angrois, no que o 24 de xullo de 2013 morreron 80 persoas, vén de rexeitar diversos recursos presentados polas partes contra a proposta do xuíz instrutor do caso de dar por rematada xa a investigación e levar a xuízo ao daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, e ao maquinista do tren Alvia, Francisco José Garzón. As defensas dos dous imputados pedían o arquivo da causa contra eles mentres que as vítimas pedían aumentar os acusados, e agora o fiscal se pronuncia en contra desas dúas opcións. O fiscal, Mario Piñeiro, xefe da fiscalía en Santiago, secunda así de momento a proposta do xuíz á espera de presentar o seu propio escrito de acusación contra o cargo de Adif e o maquinista. A comezos do pasado decembro o xuíz instrutor do caso propuxo dar por rematada a investigación penal e abrir xuízo contra o maquinista e o cargo de Adif, o primeiro por despistarse e non frear a tempo antes da curva de Angrois sen que houbese activo ningún sistema que evitase ou paliase o seu previsible erro humano, eivas das que considera responsable ao segundo. No seu auto, o instrutor equiparou a actuación de Cortabitarte á do condutor, polo que considera os dous responsables de oitenta delitos de homicidio por imprudencia grave profesional e de 144 delitos de lesións polo mesmo tipo de imprudencia.A aquel auto responderon os avogados defensores do maquinista e do cargo de Adif intentando exculpar os seus defendidos así como avogados das vítimas intentando estender as responsabilidades tamén a Renfe. Agora o fiscal pronúnciase en contra deses recursos, á espera de que el mesmo formule o seu propio escrito de acusación ao longo das próximas semanas, segundo varias fontes consultadas por este diario. Nun escrito de só cinco folios, o fiscal limítase a avalar os argumentos do xuíz de que hai indicios suficientes de que Cortabitarte non cumpriu coa súas obrigas de "garantir que a liña era segura" ao igual que o maquinista tampouco o fixo co seu "deber máis fundamental: unha condución atenta".O anterior fiscal do caso rexeitara en 2016 buscar responsabilidades máis alá do maquinistaA instrución de Angrois xa se deu por rematada outra vez no pasado con outro fiscal á fronte, Antonio Roma, que a comezos de 2016 propuxera xulgar só ao maquinista como único responsable penal do accidente tras rexeitar en diversas ocasións analizar outras responsabilidades. Roma deixou o posto a mediados de 2017 e a causa de Angrois foi asumida por Piñeiro, que amosou un maior interese por pescudar responsabilidades máis alá do maquinista.O auto co que en decembro o xuíz deu por rematada a fase de instrución puxo o foco na falta de avaliación de riscos por Cortabitarte da liña antes da súa inauguración en 2011 e da desconexión do sistema de control da velocidade a bordo dos Alvia en 2012, un ano antes do sinistroO auto co que en decembro o xuíz deu por rematada a fase de instrución puxo o foco na falta de avaliación de riscos da liña previa á súa inauguración en 2011 e da desconexión do sistema de control da velocidade a bordo dos Alvia en 2012, un ano antes do sinistro, pedida polo director de Seguridade de Renfe, Antonio Lanchares, e que foi autorizada por Cortabitarte nunhas poucas horas. Segundo o xuíz, Cortabitarte, igual que non avaliou o risco da liña antes de autorizar a súa posta en servizo, tamén "autorizou a devandita desconexión sen previamente realizar unha avaliación do risco que tal desconexión puidera comportar para a seguridade na circulación".Unha vez presentados os escritos tanto das partes persoadas como da Fiscalía, a Audiencia Provincial da Coruña deberá decidir se a proposta do xuíz instrutor de convocar xa o xuízo vai adiante ou se, como xa fixera en 2016, ordena investigar algunha outra cuestión concreta dun caso que nos cinco anos e medio que pasaron desde que se produciu o accidente viuse entorpecido por diversas ocultacións de Adif e Renfe e pola lentitude do sistema xudicial.
NOS_32172
Máis de 115.000 toneladas de lixo radioactivo foron botadas até 1982 nunha zona do Atlántico Nordeste fronte a Galiza. Non hai control sobre esas verteduras malia evidencia da existencia de fugas, denuncian desde 'Materia'.
Entre 1949 e 1982 oito estados europeos botaron 115.000 toneladas de lixo nuclear nunha zona do Atlántico, nalgúns puntos a escasos 200 kilómetros da costa galega. Consideraban nunha idea óptima que os residuos das instalacións nucleares fosen ao fondo mariño do Atlántico. "Refugallos radiativos da baixa actividade procedentes de reactores atómicos, de instalacións médicas e da industria", como sinala Materia, a web científica que denuncia a falla de control e vixilancia desde hai dúas décadas sobre estes residuos. En 1995 a Axencia da Enerxía Nuclear da OCDE deu por finalizado o seu programa de vixiancia dos residuos radioactivos guindados a esas augas Tres décadas despois daqueles feitos, os estados responsábeis desenténdense absolutamente daqueles feitos e as súas consecuencias, indica o xornalista Manuel Ansede na noticia que asina en 'Materia'. "Os bidóns seguen baixo o océano, sen practicamente ningún control". Sen plan B Xa en 2010 un grupo de científicos alertaba que aquel material radioactivo dos bidóns botados ás augas do Atlántico podía fugarse. "Aínda que a vertedura de residuos o mar cesou, o material pode fugarse dos contentores". En 1995 a Axencia da Enerxía Nuclear da OCDE deu por finalizado o seu programa de vixiancia dos residuos radioactivos guindados a augas do Atlántico Nordeste. "As análises amosaron aumentos de actividade radiolóxica nos puntos de vertedura, suxerindo fugas medíbeis mais cun impacto radiolóxico despreciábel", concluía o seu informe final. Desde aquela, nada. En 2010 un grupo de científicos alertou dun alto risco de fugas, e hai informes que evidencian sucesos dese tipo En 1992, os expertos do Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA) navegaron por derradeira vez sobre os cemiterios nucleares submarinos para medir a radiatividade. "As análises amosaron elevadas concentracións de plutonio-238 en mostras de auga recollidas nos puntos de vertedura, indicando fugas de los contentores". O 'Xurelo', lembras? A loita contra as verteduras nucleares no Atlántico tivo en Galiza un dos seus alicerces. En setembro do 81 saía do porto de Ribeira, na boca da Ría de Arousa, o 'Xurelo', un palangreiro de apenas 24 metros de eslora que puxo rumbo as fosas atlánticas para protestar contra as verteduras radioactivas. O patrón chamábase Anxo Vila e era de Aguiño. Acompañábano nesta a súa primeira travesía anti-nuclear 14 persoas: Manuel Rivas, Gonzalo Vázquez Pozo, Enrique Álvarez Escudero, Camilo Nogueira, Pili Pereiro, Xurxo Lobato, Manuel Méndez...entre outros. Un barco pesqueiro O buque foi imaxe e símbolo da loita en Galiza contra esas verteduras e contra a enerxía nuclear, unha loita que tivo unha ampla repercusión internacional, dándose mostras de solidariedade en diferentes países.
NOS_47475
Só se subvencionan aquelas formacións políticas que obtiveron representación na Cámara, polo que a noite electoral tamén supón un gasto para os grupos que non lograron escanos pero gastaron en cartelería, propaganda e organizar actos.
Os 1.315.510 votos que foron contabilizados nas eleccións deste domingo, a falta dos sobres da emigración, arroxa outra cifra para os partidos políticos que participaron nestes comicios, os 2.770.810 millóns de euros que se repartirán, polo menos, entre os que obtiveron representación parlamentaria. Só se subvencionan aquelas formacións políticas que obtiveron representación na Cámara, polo que a noite electoral tamén supón un gasto para os grupos que non lograron escanos pero gastaron en cartelería, propaganda e organizar actos. O PP recibirá 1.452.198 euros, que é o tope estabelecido na orde do Diario Oficial de Galicia (DOG) na que se determinan as tarifas por voto e elector para estas eleccións do 12 de xullo, que son as mesmas inicialmente previstas para os comicios anulados do 5 de abril (publicadas o 11 de febreiro). O DOG apunta a un máximo de 0,65 céntimos de euros multiplicado polo número de persoas integradas no censo. Se non existise este tope nas subvencións, os populares -a falta de computar os votos da emigración- terían dereito a cobrar un total de 1.535.157 euros. Concretamente, esta cifra sae dos 891.217 polos 41 escanos que actualmente ten (se os votos da emigración non cambian o resultado de Pontevedra e faille gañar un deputado máis); 500.145 polos 625.182 votos polo momento contabilizados (a razón de 0,8 céntimos de euro por voto conseguido); e 143.791 pola propaganda electoral (a razón de 0,23 céntimos de euro por voto conseguido). Pola súa banda, o BNG recibirá 732.445, 413.003 polos 19 escanos conseguidos, 248.111 polos 310.139 votos logrados o domingo e 71.331 en concepto de repartición de propaganda. Mentres, o PSdeG ingresará 586.167 euros en total, que se corresponden con 326.055 polos 15 escanos que polo momento conseguiu nas urnas, 202.029 polos 252.537 votos conseguidos nas urnas até o momento e 58.083 pola propaganda electoral. Subvencións para os grupos parlamentarios Á marxe das subvencións electorais, os partidos políticos, unha vez estean constituídos en grupos parlamentarios, recibirán unha subvención fixa e outra variábel, en función do número de deputados da Cámara, durante o catro anos de lexislatura para o seu funcionamento. O acordo retributivo fíxase ao comezo de lexislatura para todos os grupos, aínda que nas últimas dúas foi modificado polas escisións do entón grupo Alternativa Galega de Esquerda e, posteriormente, o Grupo de En Marea. En ambos os casos, supuxo a creación do grupo mixto. O acordo para a lexislatura de 2016 outorgaba aos grupos unha subvención fixa para cada un de 9.971,79 euros ao mes, un total de 119.661,48 euros na lexislatura. Por deputado, cada grupo recibía na lexislatura anterior 1.837,01 euros ao mes, unha subvención variábel que non supuxo un incremento para as arcas do Parlamento coa escisión, posto que o que se ingresou no mixto saíu da antiga En Marea -posteriormente Grupo Común dá Esquerda-. Ademais, cada grupo parlamentario contou con 5.989,56 euros ao mes (70.782,72 euros na lexislatura) como subvención finalista. Así as cousas, pódese prever un parlamento máis barato pola menor pluralidade política (xa que as contías fixas e finalistas son iguais para todos os grupos parlamentarios, salvo o mixto, que foi proporcional á súa representación). En todo caso, haberá que esperar ao comezo da XI lexislatura para coñecer se os montantes totais mantéñense, increméntanse ou se reducen con respecto ao período 2016-2020. En todo caso, de seguir as mesmas contías, o Parlamento saído das urnas este domingo 12 de xullo sería, como mínimo, 190.444,2 euros "máis barato" que o que se constituíu en 2016 con catro grupos. Se temos en conta como acabou a lexislatura -e que ao grupo mixto a asignación fixa e finalista que se lle outorgou foi menor que ao resto de grupos parlamentarios-, o aforro da lexislatura que agora comeza sería de 266.810,2 euros con respecto a como rematou a lexislatura.
NOS_38683
Denuncian a negativa da administración a dialogar e úrxenlle a actuar.
Piquetes da greve de transporte de viaxeiros ocuparon a sede da Dirección Xeral de Mobilidade en Compostela, así como do servizo provincial de Mobilidade na Coruña. Unhas accións coas que os traballadores, que acumulan xa catro xornadas de greve, aseguran que "se non nos queren ver diante aquí nos teñen para non ter posibilidade de evitarnos". Con este "acto simbólico", denuncian a posición contraria ao diálogo por parte da Consellaría de Infraestruturas e emprázana a estabelecer unha xuntanza a tres partes (administración, patronal e sindicatos) para procurar unha solución. O que as centrais (CIG, COO e UXT) non están dispostas é a permitir que o conflito se 'estanque' en parámetros que interesen á Xunta. A xornada de greve deste 28 de xuño está, ao igual que a dos días 27, 21 e 20 de xuño, un seguemento masivo. No detonante do conflito está o plan de transporte elaborado pola Xunta e que non convence a ninguén. A patronal pide que se dea marcha atrás e que a administración coñeza a realidade do sector antes de elaborar un proxecto destas características. Desde os sindicatos entenden que o plan agocha un ERE encuberto, que afectaría 1.000 dos 7.000 traballadores, e un recorte no transporte escolar.
NOS_51560
Milleiros de mulleres manifestáronse esta mañá en Lugo convocadas pola plataforma Galegas8M baixo o lema "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista". A organización fala de "éxito incontestábel" e anima a secundar a folga do vindeiro venres [Nova en ampliación]
Varios milleiros de mulleres de todos os recunchos de Galiza manifestáronse este mediodía en Lugo convocadas pola plataforma Galegas8M en defensa da igualdade, A manifestación, encabezada por unha faixa co lema "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista", percorreu as rúas da capital lucense desde o edificio administrativo da Xunta até a Praza da Horta do Seminario, onde María Gueimonde e María Osorio leron un manifesto co que animaron a participar na folga do vindeiro venres.
NOS_10034
A crise do coronavirus estase a cebar coas cotizadas galegas, que nalgúns casos perden un terzo do seu valor nas últimas xornadas. Inditex e Greenalia lideran os descensos, e PharmaMar, que prometía facer caixa cunha suposta vacina para a COVID-19, xa volve a cotizar por baixo do que o facía antes do anuncio.
As empresas están descolocadas polo coronavirus, unha pandemia que está a mudar o xeito de traballar, pero que tamén trae consigo importantes consecuencias económicas. O medo que xera a propagación da COVID-19 tamén faise patente nos mercados de valores, onde os baixistas están a facer das súas. As cotizadas galegas non son para nada alleas a esta situación. De feito, Inditex, a maior empresa por capitalización na Bolsa de Madrid; PharmaMar, a firma que hai uns días anunciaba que estaba a traballar nun tratamento contra o virus e un kit de detección, e Greenalia, unha das principais compañías no Mercado Alternativo Bursátil (MAB), son tres das grandes prexudicadas polas caídas que experimentan os mercados de valores. O aumento do contaxios e dos falecementos no Estado español levou a que o selectivo Ibex-35 pasase de facer as beiras cos 10.000 puntos a perder a referencia dos 7.000 na xornada de onte. Unha caída de 30%, á que tamén contribuíron as tímidas medidas anunciadas polo Banco Central Europeo (BCE) para tratar de conter a sangría. A entidade que preside Christine Lagarde decidiu manter sen cambios os tipos de interese de referencia para as operacións de refinanciamento, que seguen en 0%, mentres que a taxa de facilidade de depósito continuará en -0,5% e a de facilidade de empréstito en 0,25%. De pouco serviu que o instituto emisor anunciase novas poxas de liquidez temporais, até xuño de 2020, e aprobase unha compra extraordinaria de activos por valor de 120.000 millóns até finais de ano. Lagarde argumentou que non vía "signos materiais" de tensión nos mercados monetarios ou falla de liquidez no sistema bancario. Aínda así, sinalou que estas operacións proporcionarán un colchón no caso de que sea necesario activar mecanismos para evitar esas situacións. As máis prexudicadas Pese aos anuncios desde o BCE, a bolsa seguiu en caída libre, con baixadas de até 11%. Os títulos de PharmaMar, a compañía presidida por José María Fernández de Sousa e que ten a Sandra Ortega, a filla do fundador de Inditex entre as súas principais accionistas, deixábase arredor de 20% na xornada. Os títulos chegaron a superar á baixa o límite dos 2,5 euros por acción, un dato que contrasta cos 4,59 que chegou a marcar hai unha semana, cando a compañía anunciou que estaba a investigar se o seu fármaco Aplidin, rexeitado pola Axencia Europea do Medicamento para o tratamento de determinados tipos de cancro, podería empregarse para poñerlle freo ao coronavirus. Desde entón, a compañía vale un 45% menos en bolsa. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.
NOS_10055
Os restos de pintura mural ó fresco forman un ciclo ao longo dos muros da nave, con temática diversa. O estado de conservación é malo, con risco de desprendimento. A inciativa impulsada por Lareira de Soños procura a súa restauración.
San Vicenzo dos Vilares é unha igrexa do lugar de As Reixas (Guitiriz) coñecida por varios motivos. Un deles, que alí ten lugar a celebración da popular romaría da Virxe dos Desamparados. Outro motivo, a xoia que acobilla no seu interior: restos de pintura mural ao fresco do Século XVI e que forman un ciclo ao longo dos muros da igrexa, con temática variada. "O estado xeral de conservación é verdadeiramente moi malo. A gravedade acelerada e activa dos axentes de deterioro, provoca en primeiro lugar o risco de desprendemento das pinturas murais, polo que urxe imperiosamente proceder á sua restauración, xa que de acabar caendo, a súa pérdida sería irreversible", sinalan desde a asociación Lareira de Soños. "Podemos dicir que se está a perder un ciclo mural ao fresco de gran relevancia artística é histórica para a provincia de Lugo", engaden. Representantes da asociación contactaron con responsábeis da Deputación de Lugo e da Diócese Mondoñedo-Ferrol para lles presentar un proxecto de restauración dos fresco, descubertos en 1991, ao quitar caleado das paredes. As orixes de San Vicenzo dos Vilares datan do século XII, "se ben os restos románicos redúcense aos muros laterais da nave con varios canecillos, sendo a fachada principal do XVIII. No exterior o conxunto está formado un adro murado con baixo muro de pedra granítica, con cruceiro, dúas pilas bautismais e un sarcófago. Támén existe un Calvario nas inmediacións. No interior ten catro retablos neoclásicos e un barroco con tallas dos séculos. XVII e XVIII". Ademáis da iconografía relixiosa, a contorna da igrexa conta con elementos patrimoniais como a casa escola habanera, os vellos cobertizos da antiga Feira do Sete, o pozo de Tabaco, a taberna do sindicato, o castro..
NOS_26801
As catro cabezas de lista de Galicia en Común presentaron o lema de campaña para as vindeiras eleccións xerais do 10 de novembro. Concorrerán co reclamo Conta con nós, para procurar "unha alternativa que pasa por que o voto progresista sexa clave, para que Galiza estea no centro do debate político".
"Entendemos que é un momento importante e clave, todo o mundo sabe que pode contar con nós e demostrámolo co traballo no Congreso estes anos", incidiu o deputado e candidato pola circunscrición da Coruña Antón Gómez-Reino. "Levamos tempo promovendo iniciativas políticas e poñendo Galiza no centro do debate, tanto no Congreso como no Senado. Todo o mundo sabe que pode contar con nós: os traballadores de Alcoa, Isowat, Poligal, as mulleres das conservas, teleoperadoras, os mozos e mozas mobilizados contra o cambio climático, a loita feminista, as pensionistas…" enumerou. Pola súa banda, Yolanda Díaz, candidata por Pontevedra, resaltou da candidatura que ten "bos vimbios para un país que precisa un cambio fondo". "Para o noso grupo, Galiza conta pero, pola contra, no tempo de Goberno en funcións, Sánchez aínda non pronunciou Galiza", censurou para alertar de que "a democracia está en xogo". "Temos que mobilizarnos porque queren pechar un ciclo", manifestou. Na comparecencia interveu tamén a candidata por Lugo, Vanessa Somoza, quen aludiu ás necesidades da súa circunscrición, como un xulgado do social e outro especializado en violencia machista para Lugo. "E temos aos traballadores de Alcoa San Cibrao ás portas da rúa. Están en xogo máis de 1.200 postos directos e miles de indirectos. A industria da Mariña lucense quedaría abandonada", advertiu. O ex deputado David Bruzos subliñou o "orgullo" que significa para el encabezar de novo a candidatura nesta circunscrición, ao concorrer de número 1 na lista en substitución de Ledicia Piñeiro. "En Ourense a situación é límite, está na UCI debido a 40 anos de gobernos do PP na Deputación e no Concello. Non fixeron o seu traballo. Precisamos un cambio e outra xente que demostre que se pode traballar por Galiza", concluíu o deputado. O obxectivo da campaña, que volverá traer a Pablo Iglesias á Coruña o 3 de novembro para un acto electoral, é, segundo destaca a organización, "saír con forza, porque "os que non teñen que durmir polas noites son os que mandan e os que están esnaquizando as nosas vidas. Saímos con forza para que a xente do común poida durmir polas noites, para dicir que precisamos derrogar a reforma laboral para non vivir na miseria".
QUEPASA_1052
Terturlia Violeta de QPC na radiONeria.
Auténtica foi a celebración do Día internacional contra a Violencia de Xénero que organizou o Concello de Mazaricos. Da man da Asociación de tódolos músicos tradicionais de Galicia, prepararon un completo sábado de actividades nos que a igualdade e a tradición maridaron á perfección. Un encontro, chamado "Tradición en feminino", para "reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural". Obradoiro con Jose Codesido Comezou cunha mañá de obradoiros, coa Pandeirada de Liñares da man de Carme López e outro sobre a Fouleada en Arcos da man de José Codesido.Carme trouxo un repertorio vocal acompañado de percusión de man nos anos 1993 e 1995, e Codesino xunto coas informates de Arcos, bailaron en clave mazaricá. Xa de tarde, Branca Villares levou a conferencia "A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña": E para pechar, interesantisima mesa de debate "Mulleres e roles de xénero na transmisión oral" con Branca Villares, Carme López, Nuria Gesteira e moderada por Marina F. Vigo. Tamén participou a concelleira, Sandra Alvite que leu o manifesto #EnNegroContraAsViolencias.
NOS_36067
Debuta o novo técnico do Celta, que promete facer de Balaídos "un lugar de pracer"
Até que punto son certos os tópicos? O fútbol está inzado deles, e un dos máis populares é o de "a adestrador novo, vitoria segura", pero nada máis lonxe da realidade. Unha análise matemática dos máis de 1.500 debuts dun técnico na Primeira División revela que a porcentaxe de triunfos apenas supera 35%. Por iso ninguén debe pensar que a estrea do técnico Carlos Carvalhal este sábado ante Osasuna (18.30 horas) vai ser un paseo militar comandado polo novo capitán do exército celeste, a pesar das súas promesas de converter Balaídos "nun sitio de festa". Resulta case un exercicio de alquimia tratar de adiviñar tanto o once como a táctica pola que optará Carlos Carvalhal "Camiñando xuntos nós [o corpo técnico], xogadores e afección, con toda seguridade conseguiremos cousas importantes, facendo de Balaídos un lugar de pracer, de festa, un lugar no que queremos gozar dunhas vitorias que non podemos prometer, aínda que si garantimos que imos pelexar en todos os partidos". O primeiro convidado á algueirada que quere montar no coliseo celeste o preparador luso é o sorprendente Osasuna de Pamplona. Sétimo clasificado a un punto dos postos europeos, chega a Vigo tras completar un gran encontro ante o Valladolid, unha actuación que o seu adestrador, Jagoba Arrasate, agarda poder "repetir" na cidade olívica. Resulta case un exercicio de alquimia tratar de adiviñar tanto o once como a táctica pola que optará Carlos Carvalhal para tratar de impedilo, mais unha das principais opcións é que opte por un 5-3-2 para tratar de parar a hemorraxia defensiva celeste, con Marchesín na portería; Javi Galán, Aidoo, Unai Núñez, Mingueza e Kevin na defensa; Renato Tapia, Fran Beltrán e Óscar Rodríguez no centro do campo; e unha dupla atacante formada polo xigante noruegués Strand Larsen e Iago Aspas.
NOS_25642
'O galego está en nós' é o lema da XVI edición da carreira pola lingua.
Esta terza feira (19 de abril) foi presentada en Pontevedra a XVI edición do Correlingua que decorrerá baixo o lema 'O galego está en nós', inspirado nun dos poemas de Manuel María, poeta ao que lle son dedicadas as Letras 2016. Zënzar, Liviao de Marrao e Pito de Pikaso actuarán ao final das carreiras após seren eleitas gañadoras do Cantalingua A campaña desenvolverá unha ducia de carreiras en defensa do galego que percorrerán doce localidades do país entre os días 2 e 16 de maio das que fará parte o alumnado de diversos centros educativos do país. O Correlingua está organizado pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística coa colaboración dos concellos de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e Ourense, e as Deputacións de Lugo, Pontevedra e a Coruña. Porén, as actividades arredor do Correlingua iniciáronse a comezos do curso escolar coa convocatoria de diversos concursos através dos que o estudantado "reflexiona sobre a situación do noso idioma e crea os seus propios argumentos (manifesto, vídeo, banda deseñada) para defender o seu dereito a vivir e medrar en galego", explican desde a organización. Neste senso, no acto de presentación foron entregados os premios aos grupos de estudantes gañadores. O alumnado de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo pola peza 'Os portugas' como mellor Manifesto; o alumnado de 3º da ESO do IES de Elviña na disciplina de vídeo e o estudantado de 2º de Primaria do CEIP de Pontecesures no certame de Banda Deseñada. De maneira parella, o Correlingua desenvolve un concurso de bandas e artistas en lingua galega, o Cantalingua, cuxos gañadores, elixidos polo alumnado e profesorado de diversos centros, foron nesta edición Zënzar, Liviao de Marrao e Pito de Pikaso. Estes grupos actuarán na festa final coa que concluirán as carreiras pola lingua e da que fará parte tamén o grupo teatral Talía Teatro. Tamén foi presentado o cartaz que, nesta edición, conta coa colaboración de caras coñecidas como a da cantante Sés, o futbolista Sergio Álvarez, a escritora Leticia Costas e o actor Federico Pérez
NOS_17735
A escuadra pontevedresa é primeira no ránking estatal.
A localidade guipuscoana de Beasain acolle o domingo a partir das 9 horas a Copa de España Feminina Cofidis 2021-I Premio Igartza, que se disputará nas categorías, Cadete, Xuvenil, Máster, Sub-23 e Elite. Nestas últimas contará con representación o Team Farto-BTC, o único equipo ciclista de división UCI da Galiza, que viaxa até Euskadi con nove corredoras: Sara Bonillo, Liliana de Jesús, Agnieta Francke, Pilar Jiménez, Enara López -que regresa tras o seu grave accidente en xaneiro-, Sandra Moral, Diana Pedrosa, Anna Pujol e Teresa Ripoll. Ademais, a escuadra pontevedresa tamén competirá nas categorías inferiores, pois até Beasain desprazaranse Claudia García, Aroa Mediavilla e mais Elspeth Storrar, a nova incorporación inglesa do equipo filial. O seu obxectivo será duplo, pois tratarán de lograr a vitoria final ao mesmo tempo que suman a meirande cantidade de puntos posíbeis para estender o seu liderado no ránking estatal por equipos, onde conta con 185 puntos, case 50 máis que o poderoso Movistar-Team, conxunto de División Mundial (World Team) que até o de agora tan só foi quen de sumar 136. "Competimos con equipos que teñen máis dun millón e medio de euros de orzamento anual. Para nós, liderar a clasificación nacional era algo impensábel, e creo que aínda non somos conscientes do que estamos a conseguir", reflexionou Brais Dacal, o director dun conxunto que está a asinar un inicio de fantasía na que é a súa primeira tempada na categoría profesional. Con respecto ás posibilidades das súas corredoras na Copa de España do domingo, Dacal manifestou que o principal obxectivo é "coller ritmo de competición para preparar as carreiras profesionais, mais tamén que as nosas ciclistas máis novas poidan disputar as súas propias probas con opcións". O Vigo-Rías Baixas volve logo de superar a Covid-19 O calendario do equipo ciclista galego masculino Elite/Sub-23 do Vigo-Rías Baixas volve estar activo na xornada deste domingo, logo dunha breve paréntese por "prudencia sanitaria". A aparición no seu persoal dun caso illado de Covid-19 levou a dirección da estrutura presidida por José Luis Chamorro a renunciar "por cautela" ás carreiras que tiña previsto disputar a pasada fin de semana, así como a someter os seus corredores a probas PCR para tratar de detectar máis casos. Unha vez coñecidos os resultados negativos deses tests, o conxunto flúor regresa á competición na X Clásica Valladolid–Memorial Ángel Lozano. Lamentabelmente, ao non ser parte o domingo 18 de abril na Clásica Cidade de Torredonjimeno, as aspiracións da formación olívica na Copa de España víronse seriamente penalizadas. Polo tanto, a loita polas clasificacións xerais, tanto individual como por equipos, queda agora nun segundo plano e os pupilos de Marcos Serrano centraranse en buscar éxitos parciais nas citas dun certame estatal, a Copa de España, que alcanza mañá a súa cuarta xornada. Alí, ademais de Miguel Ángel Fernández, Ander del Castaño e compañía, tamén estarán os membros dos outros dous equipos galegos da categoría, Supermercados Froiz e Aluminios Cortizo, que agardan mellorar os resultados obtidos na Clásica Cidade de Torredonjimeno, onde ocuparon a sétima e a décimo novena posición, respectivamente.
NOS_40287
Dedicamos o A Fondo desta semana, coordinado pola investigadora Cilia Torna, ás mulleres das Irmandades da Fala. Elvira Bao, Amparo López Jean, María Miramontes, Pilar Durán, Carmen e Micaela Chao... neste caderno escribimos sobre todas elas, que traballaron pola igualdade absoluta entre a muller e o home.
En Problemas políticos. 1º igualdade de direitos pr-a muller, a escritora e profesora da UDC Pilar García Negro expón como os homes das Irmandades destacaron pola súa posición avanzada arredor da igualdade entre homes e mulleres e dá conta de como Galiza estivo á vangarda das declaracións igualitaristas. A continuación, recollemos a entrevista con Elvira Varela Bao, parte viva da memoria das mulleres nacionalistas que se organizaron arredor das Irmandades. Filla de Elvira Bao e de Bernardino Varela, é unha das crianzas que aparece nas escasas mostras gráficas das mulleres das Irmandades. "O que hai agora, todo o que hai, é por eles. Eles puxeron os cimentos e de aí sae todo", contounos. Cilia Torna, coordinadora deste A Fondo, asina a peza A Irmandade Feminina da Coruña, na que explica que a organización é consecuencia da posición do nacionalismo a favor dos dereitos das mulleres e da disposición dun núcleo destas en converter a proposta en acción. Aliás, salienta que as militantes da Irmandade Feminina xogaron un papel decisivo na autoorganización das mulleres na Coruña. En As mulleres de A Nosa Terra, a xornalista Carme Vidal afonda nas páxinas do voceiro das Irmandades, que recolleu a pegada feminina da organización nacionalista e o alborexar das primeiras xornalistas. Aliás, da conta da reverencia de ANT a Rosalía de Castro e a Concepción Arenal. Este A Fondo fecha co artigo de Cilia Torna As pioneiras da Galiza por facer sobre o papel das mulleres na construción do movemento nacionalista e a elaboración dunha proposta doutrinal que avanzase na igualdade real de dereitos. [Podes ler o A Fondo íntegro no Sermos Galiza 196, xa dispoñíbel na loxa]
NOS_10066
A entidade De abaixo os muros denuncia esta "nova suspensión dos vises" que lles trasladaron achegados dos presos. Estes están a facer "días illados de folgas de fame como protesta".
A organización De Abaixo os muros, que se autodefine como coordinadora anti-represiva galega, vén de comunicar que parte dos reclusos do centro penitenciario da Lama comezou accións de protesta para reivindicar o seu dereito a ver ás familias. A entidades tivo coñecemento por parte destas últimas de que houbo unha "nova suspensión dos vises familiares e íntimos, que nos últimos meses se viñan celebrando xa en condicións pésimas". Ao respecto, aseguran que as visitas quedaran "reducidas a unha ao mes e coa obriga de ficar, con posterioridade, durante dez días en situación de illamento absoluto na cela" por seguridade dada a crise sanitaria. "Agora a dirección do cárcere, presidido por Teresa Delgado, de forma absolutamente arbitraria, xa non encontra suficiente esta medida e suspende os vises nun entorno onde mais do 80% da poboación ten sido vacinada", critican os detidos a través De Abaixo os muros. En consecuencia, comezaron a rexeitar en determinados días alimentos que lles ofrece a prisión e noutros, "illados", fan folga de fame. Pola súa banda, ante o que consideran unha "inxustiza", as familias preguntan que condicións precisa a dirección para deixar "de abusar da pandemia para restrinxir de forma ilegal o dereito dos presos e das presas que alí se encontran e exixen explicacións para a aplicación desta nova suspensión, que consideran desmedida e que entenden que responde ao desprezo evidente" ás persoas illadas na infraestrutura. "Como é posíbel, nos tempos que corren, que exista a posibilidade de facer unha PCR para acudir a un bar, e non para entrar con seguridade exercer un dereito tan necesario e humano como o de poder abrazar a un familiar?", pregúntanse tamén coa entidade como interlocutora, que traslada que teñen previstas actividades para apoiar a protesta interna.
NOS_4686
Dixo Feijóo en campaña que desde o seu Executivo non se lle recortaría o salario ao persoal público e vén de incumprir a súa promesa: cobrarán menos, e a redución non irá en relación ao que cobra cadaquen. Os sindicatos advirten: "a paciencia dos empregados públicos galegos xa se esgotou"
Após as confusas explicacións facilitadas pola Xunta por boca do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, e que posteriormente tiveron que aclarar dous directores xerais, a táboa que pode consultarse nesta información amosa a realidade dos recortes practicados no soldo do persoal da función pública. Máis unha vez, os datos desminten as palabras. Dixo Feijóo en campaña que desde o Goberno galego non se baixarían os salarios d@s funcionari@s, enviando a pelota ao tellado de Madrid. E dixo o seu número dous, Alfonso Rueda, que "o maior esforzo pedirase a aqueles coas retribucións máis altas, e será sensíbelmente menor para os demais". A táboa, difundida polo sindicato CIG, amosa como as afirmacións de Rueda non se axustan á realidade: os recortes cébanse cos e coas traballadoras que menos cobran. Así as cousas, alerta a federación de Administración da central nacionalista que "o recorte é inversamente proporcional ás retribucións segundo os grupos e será meirande canto máis baixo é o grupo ao que se pertence". Exemplifican, por exemplo, co caso dun ou dunha xefa de sección: se este cargo está desempeñado por administrativ@s a tesourada será do 5,5%; por contra, se quen o desempeña é unha persoa do corpo superior, entón a redución será do 4,6%. No caso dun ou dunha conserxe de instituto o recorte será do 4,89%, superior a calquera posto base dos grupos superiores incluíndo o A1, de licencidad@s, superior tamén a un ou unha letrad@ da Xunta e semellante ao practicado na nómina dun ou unha xefa de servizo de libre designación (4,97%). Quéixase CIG, en nome d@s traballador@s, de que a Xunta intenta vender como unha suba de salarios do 3% o que é na realidade un recorte do 4%. "A Xunta confirma que os empregados públicos cobrarán un 3% máis que en 2012 e que os orzamentos garantirán a súa estabilidade laboral", informou a consellaría de Facenda nestes días, obviando que @s empregad@s públic@s cobrarán un 4% menos de media respecto do que sinala o seu convenio laboral. Cobran un 3% máis, si. Porén, esta análise unicamente serve para a comparación respecto do que percibiron este 2012, após a eliminación da paga extraordinaria do mes de decembro imposta desde Madrid. Para 2014 o desconto será do 4%, para alén das reducións que poida decretar o Executivo español, pois o decreto lei que aprobou contempla que est@s traballador@s non volverán cobrar a extra destas festas até que non haxa "recuperación económica". Após a xornada de protestas vivida esta sexta feira diante da Escola galega de administración pública, co edificio rodeado polos antidisturbios, CIG advirte de que "a paciencia dos empregados públicos galegos xa se esgotou". Os sindicatos anunciaron xa que haberá mobilizacións.
NOS_24210
O Movemento Galego de Saúde Mental asegura que o plan aprobado en xuño de 2020 para o coidado da saúde mental na Galiza non logrou aliviar as carencias do sistema. As listas de espera son as máis elevadas desde 2014. A incorporación de profesionais segue a ser insuficiente. A inequidade no acceso á atención sanitaria e a perda de dereitos fundamentais fechan o resumo da entidade no ecuador do plan.
O Goberno da Xunta, entón presidida por Alberto Núñez Feixoo, deu a coñecer en xuño de 2020 "o maior plan de saúde mental desde a transferencia do Sergas". Un plan que viña atender unha demanda crecente de atención psicolóxica en plena crise sanitaria da Covid-19, co obxectivo de adecuar o investimento económico e os recursos previstos pola Administración ao sufrimento emocional da poboación galega derivado da pandemia. O Plan de Saúde Mental da Galiza naceu sendo "insuficiente", apuntan desde o Movemento Galego de Saúde Mental, moi crítico co seu grao de implantación e os resultados alcanzados dous anos despois da súa posta en marcha. "Os recursos planeados polo Goberno da Xunta para a atención da saúde mental desde os servizos públicos en 2020 non chegaban nin á metade dos recursos estimados 25 anos antes, cando aínda estaba por vir a crise económica de 2008 e a crise sanitaria da Covid", explica en declaracións a Nós Diario Rosa Cerqueiro, voceira do movemento. Aprobado "por práctica unanimidade" o Plan de Acción Estatal de Saúde Mental 2022-2024 En 2020 a Xunta avanzou a contratación de 241 profesionais en catro anos, "cando se precisaban 560". En maio de 2022 contabilízanse 117 novas contratacións, medio cento menos das previstas en dous anos. Dous anos para "corrixir o rumbo" Cun orzamento asignado de 83 millóns de euros, o Plan de Saúde Mental da Galiza contou de inicio cun cronograma que hoxe acumula atraso e un cumprimento desigual. "Existen novos dispositivos en funcionamento, mais a creación e posta en marcha de unidades, programas e proxectos é desigual nas distintas áreas sanitarias", destaca Cerqueiro. Creáronse novas unidades de saúde mental de adultos e infanto-xuvenís, programas de psicoxeriatría e sociosanitarios, mais "a día de hoxe non existen programas de prevención do suicidio en todas as áreas, sendo como é unha prioridade urxente". A demanda crecente de saúde mental non sufriu un cambio cualitativo nos últimos anos. "Xa viñamos atendendo problemas de ansiedade e afectivos; condutas impulsivas e autolesións entre a mocidade; trastornos da conduta alimentaria, tamén nos varóns; un aumento da obsesión polo corpo e da presenza en redes sociais, con todo o que iso comporta". A diferenza, di Cerqueiro, está no incremento da desigualdade, do nivel de tensión social e da alteración emocional que iso ocasiona en cada sector da poboación. Iria Veiga: "A saúde mental sempre é a última das prioridades malia ser das doenzas máis diagnosticadas" Os últimos datos de agarda publicados por Sanidade confirman os peores prognósticos do Movemento Galego de Saúde Mental. Revelan a cifra máis alta desde 2014. Entón esperaban por unha primeira cita unhas 4.000 persoas. "En 2019, a lista de pacientes en agarda -8.500- xa era moi alta. Neste momento hai máis de 10.000 persoas esperando por unha consulta de psiquiatría ou de psicoloxía clínica, o que confirma unha escaseza de recursos para atender a demanda de atención crecente". Unha resposta eficaz require unha Atención primaria forte e a incorporación "de novos colectivos profesionais, entre eles os de psicoloxía clínica, tal como está previsto no plan". O que ocorre é que é "anecdótica", ao estimar a contratación de só sete profesionais, un por área sanitaria, cando na Galiza hai 462 centros de saúde. "E non en todas as áreas están cumprindo esa funcións". Rosa Cerqueiro piden autocrítica "para corrixir o rumbo porque aínda estamos tempo". Quedan dous anos para acelerar a implantación de recursos e, sobre todo, para garantir equidade e dereitos. Contención cero e vontades anticipadas No ecuador do Plan de Saúde Mental da Galiza, o Movemento Galego de Saúde Mental denuncia inequidade no acceso á atención psicolóxica e desleixo na aplicación dun plan exiguo para atender unha demanda crecente. "A saúde mental está relacionada coas condicións de vida", di Cerqueiro. Se o coidado da saúde emocional se ve interrompido ou dificultado, aumenta o malestar, a cronificación dos problemas mentais e a recuperación penosa. Un informe do Defensor del Pueblo ratifica as denuncias sobre o psiquiátrico de Conxo Reverter esta situación depende dunha execución eficaz e puntual do plan previsto, "sen memoria de seguimento", mais tamén pasa por "rachar coas prácticas coercitivas na atención á saúde mental". Cerqueiro apunta unha perda de dereitos que "nada ten que ver cos orzamentos." E urxe "máxima prioridade". "En catro anos a Xunta non fixo nada por corrixir as eivas e pór en marcha as recomendacións do Defensor del Pueblo" após o informe do Mecanismo para a Prevención da Tortura, que tamén pide respectar as vontades anticipadas.
NOS_9408
A Academia Galega e o Concello da Coruña celebran na quinta feira o centenario da fundación da primeira Irmandade, a da Coruña, cun acto no que participan os catro coros que aínda sobreviven e que foran fundados por este colectivo.
O 18 de maio de 1916, no local que daquela ocupaba a Real Academia Galega na rúa Rego de Auga da Coruña, tiña lugar a xuntanza convocada por Antón Villar Ponte na que nacería a primeira das Irmandades da Fala. Xusto cen anos despois daquel encontro, o teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro mércores un acto musical e literario, organizado pola RAG e o Concello da Coruña, que conmemorará o aniversario da fundación deste movemento para a lingua e a cultura galegas. No programa terá un protagonismo especial os catro coros históricos que xurdiron naquel contexto e que seguen activos. Cántigas da Terra, agrupación coruñesa que cumpre tamén este 2016 cen anos, o ferrolán Real Coro Toxos e Froles (1914), a Coral de Ruada de Ourense (1918) e a formación compostelá Cantigas e Agarimos (1921) serán as formacións encargadas da parte musical do programa, no que a escritora Estíbaliz Espinosa intervirá como mantedora. Na parte literaria, subirán ao escenario os académicos Manuel Rivas e Fina Casalderrey, a xornalista Cristina Lombao, a profesora Carmen García-Rodeja, a estudante Orleni Mateo, a actriz Isabel Risco, Manuel Lugrís, neto de Manuel Lugrís Freire, un dos fundadores da Irmandade da Fala da Coruña e presidente da RAG entre 1934 e 1935, e Pedro Fernández Roque, presidente da Asociación de Veciños da Cidade Vella da Coruña María Pita. As súas voces encherán o teatro de textos escritos por figuras destacadas das Irmandades como Ramón Cabanillas, Lugrís, Vicente Risco e Antón Villar Ponte ou Castelao. Os coros e a dignificación da lingua Os coros funcionaron no tempo das Irmandades da Fala como importantes axentes de normalización da lingua galega e de recuperación e promoción da música popular. "Interésanos máis un coro galego que un deputado en Cortes por Galicia", chegou a dicir Antón Villar Ponte, quen concibira este movemento co seu irmán Ramón. Xunto á música, as Irmandades traballaron tamén para introduciren o galego no ensino, na xustiza ou nos actos públicos, así como en xéneros literarios relegados no Rexurdimento. Impulsaron deste xeito a modernización da cultura galega cun novo teatro en galego culto que buscaba superar os clixés ruralistas e costumistas; cultivaron o ensaio, sobre todo como forma de expresión do seu pensamento político, incrementaron a edición de narrativa e avanzaron tamén no xornalismo en galego.Neste contexto naceron revistas como A Nosa Terra, o medio de comunicación oficial das Irmandades, editoriais como Lar, fundada por Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal na Coruña, ou o Conservatorio Nacional de Arte Galega, creado en 1919 pola Irmandade coruñesa. Esta agrupación, ademais da primeira en se constituír, foi tamén a que máis afiliados sumou (a metade do total), a máis activa e a que contou con máis mulleres.
PRAZA_2780
Todos os partidos políticos prometen medidas para garantir os subministros aos fogares en situación de pobreza. O Concello da Coruña anuncia un acordo con Gas Natural Fenosa para evitar os cortes de subministración para as persoas con vulnerabilidade ou en risco de exclusión social
O Concello da Coruña anunciou este martes un acordo con Gas Natural Fenosa para "tratar de paliar a pobreza enerxética dando cobertura para que as persoas con vulnerabilidade ou en risco de exclusión social non queden sen subministración eléctrica ou de gas". A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, explica que este convenio busca "axilizar e facilitar os trámites destas axudas municipais aos e ás usuarias de servizos sociais por débedas xeradas por motivo da subministración de electricidade, co obxectivo de que non se chegue a realizar o corte de enerxía ou gas". Desta forma, "o Concello comunicará a Gas Natural que o aboado ou aboada debedora iniciou os trámites dunha axuda municipal da que vai ser perceptor, para que desta forma a empresa eléctrica non interrompa o servizo de enerxía", sinalou. A pobreza enerxética afecta a 65 mil fogares galegos Nos últimos anos foron moitas as iniciativas e demandas lanzadas dende distintas forzas políticas, sindicatos e movementos sociais contra a pobreza enerxética, e que inclúen entre as súas medidas concretas fórmulas para evitar os cortes de subministro aos fogares que non poden facer fronte ao pagamento das facturas de luz e e gas. A pobreza enerxética afecta a entre 65 mil (segundo a cifra achegada polo centro de investigación Economics for Energy) e 100 mil fogares galegos. A crise triplicou a pobreza enerxética: Entre 2007 e 2013, a pobreza enerxética pasou de afectar ao 3,6% das familias españolas a case rozar o dez por cento (9,88%). As razóns deste incremento hai que buscalas tanto no aumento das diferenzas entre ricos e pobres ao longo da crise económica, coma na constante suba dos prezos da electricidade e a enerxía. Entre 2007 e 2014 a factura eléctrica dun fogar medio en España incrementouse un 76% e a factura de gas natural un 35%. Recentemente os grupos galegos das PAH e de Stop Desafiuzamentos lanzaron a campaña Sen as 5 da PAH, eu non vos voto, con cinco grandes demandas para as forzas que concorren aos comicios do 20D, entre as que están as "subministracións garantidas de auga, luz e gas evitando calquera corte destes servizos". Ademais, o pasado 27 de novembro a Oficina Dereitos Sociais - Coia levou a cabo unha ciberacción baixo o lema #luzecalorparatodas para loitar tamén desde as redes contra a pobreza enerxética, lembrando que "o Concello de Vigo acenderá 2 millóns e medio de bombillas, gastará 400.000 euros no alumeado de Nadal" mentres "veciñas e veciños desta cidade sofren cortes de electricidade todo o ano, tamén en Nadal". A campaña foi acompañada dun vídeo realizado por Galiza Contrainfo. De igual xeito, a CIG leva meses difundindo a través de mocións en concellos e accións públicas unha ILP "contra a pobreza enerxética", buscando "abrir un intenso debate social sobre un dereito fundamental como é o dereito á enerxía". Xa o pasado ano houbera varias iniciativas políticas, coma a presentada polo BNG, que buscaron impedir legalmente os cortes de subministro enerxético ás persoas que non a poidan pagar por carecer de cartos para facelo. O PP posicionouse en contra e ofreceu, como alternativa, unha reforma do seu tícket enerxético, que paga unha contía semellante ao custe dun recibo e medio de electricidade. Este domingo, ademais, Salvados dedicará o seu programa á pobreza enerxética. Jordi Évole levará a Ada Colau, José Manuel Soria (actual ministro de Industria) e Miguel Sebastián (que ocupou a mesma carteira co PSOE) á casa dunha familia que non pode pagar a luz. O programa dos partidos O tema está presente na campaña electoral das eleccións xerais do 20 de decembro. O incremento dos elementos de protección para as persoas e colectivos máis febles e en situación de pobreza aparece de cando en cando nos discursos. Pero que é o que din os programas electorais das principais forzas políticas? O PP aposta por un bono social e PSOE e Ciudadanos prometen garantías que eviten os cortes de subministros no inverno O Partido Popular sinala que "reforzaremos a protección do bono social garantindo que teñan acceso a el todos os consumidores en situación de vulnerabilidade. En concurso coas Comunidades Autónomas e Entidades Locais e aberto á participación de empresas e a sociedade no seu conxunto, impulsaremos a creación de fondos para a protección de consumidores con risco de exclusión". Mentres, o PSOE di que "urxe incorporar o combate contra a pobreza enerxética como prioridade da política enerxética española". Afirman que "lexislaremos un marco de cobertura social sobre un servizo mínimo de subministro de enerxía (electricidade e gas), que garanta que ningún fogar poida ser privado dun mínimo de cobertura de subsistencia entre o 1 de novembro e o 31 de marzo". En Marea e Nós demandan a garantía de subministro mínimo e a prohibición dos cortes En Marea inclúe nos seus puntos programáticos a loita "contra a pobreza enerxética", defendendo a "garantía de subministro mínimo". No programa de Podemos sublíñase que "poñeremos en marcha medidas complementarias para atender situacións de urxencia social", entre elas a "pobreza enerxética" e que "desenvolveremos unha lei orgánica que garanta o acceso a un fornecemento mínimo", explicando que "non se procederá ao corte de fornecemento de electricidade ou gas cando se trate da vivenda habitual do consumidor e cando o impago da factura se deba a motivos alleos á súa vontade e, en particular, a unha situación de pobreza sobrevida". De igual xeito Izquierda Unida di que "se debe garantir que ningún fogar poida ser privado do subministro básico para cubrir os usos vitais dunha familia". Pola súa banda, Nós defende "a electricidade como ben básico para a cidadanía" e aposta por "prohibir cortar a subministración básica de auga, electricidade e gas a persoas en situación de vulnerabilidade. Nestes casos as propias empresas alugadoras terán que facerse cargo das subministracións". Finalmente, Ciudadanos promete establecer "un Plan de Choque contra a Pobreza Enerxética, definindo a figura do consumidor en risco de exclusión enerxética" e que se "impedirá que se realicen cortes de enerxía na estación fría do ano en fogares cuxos membros se atopen en risco de exclusión"
NOS_12425
Nos últimos cinco anos multiplicouse por tres o número de familias que non poden pagar polo acceso á luz, á auga ou ao gas Son as vítimas da pobreza enerxética. Falamos con elas.
"Non temos calefacción e a estufa só a prendo cando vou duchar @s nen@s, para quentar o baño" "Custa pedir axuda porque os veciños que te ven pensan que a eles non lles vai pasar nunca e falan de ti" "Eu son valente e dúchome en auga fría, máis a muller e o rapaz aquecen auga, bótana nunha tina e despois lávanse alí". Os radiadores eléctricos só se enchufan "cando vén o neto" "Penso que non estamos tan mal porque non temos que pagar pola auga e a casa é nosa, así que dela non nos van botar" Son catro testimonios de catro familias en situación de pobreza enerxética, é dicir, que máis do 10% dos seus ingresos van destinados a dispor dunha temperatura confortábel nos seus fogares. Toda a información completa no semanario nº85 do Sermos Galiza, á venda desde esta quinta feira 20 de febreiro nos puntos habituais e na nosa loxa.
NOS_25356
O xornal dixital VilaWeb publica unha longa entrevista na que Suso de Toro defende que Cataluña xa é unha nación autodeterminada. Para o escritor, a esquerda española non asume o proceso de independencia catalán.
O escritor Suso de Toro, móstrase na entrevista con VilaWeb moi crítico coa esquerda española e, en especial, coa intelectualidade de esquerdas que non asume o proceso de independencia de Cataluña. "Tanto a xente que se chama de esquerdas como a que se chama de dereitas ten unha idea moi parecida de España. E isto permitiu que unha forza ou proxecto como o de Rosa Díez sexa transversal. É un proxecto dun españolismo ferinte", di. Sinala de Toro, que os escritores e escritoras noutras linguas do estado son considerados "polisóns" e, como moito, "unha anomalía tolerada". Repara na entrevista que publica o dixital que fóra de Cataluña descoñécense os nomes da literatura escrita en catalán, un elemento máis que corrobora o fracaso dunha "España democrática". "Quen queira garantir unha convivencia debe buscar, negociar e pactar os intereses. Agora, quen queira impoñer os seus intereses, a súa ideoloxía e o seu proxecto sobre os dos demais, terminará nun fracaso colectivo. E isto pasou: o proceso político español iniciado despois da morte de Franco, fracasou dous anos despois", sinala na entrevista publicada en catalán. "Tanto a xente que se chama de esquerdas como a que se chama de dereitas ten unha idea moi parecida de España. E isto permitiu que unha forza ou proxecto como o de Rosa Díez sexa transversal. É un proxecto dun españolismo ferinte", di. "Nestes momentos pódese dicir que España é Madrid e Madrid é España", afirma de Toro quen fala dun proceso progresivo de control da capital española, maior que hai corenta anos. "Quen son os intelectuais españois? Os que asinan nas cabeceiras madrileñas. Son estes. Non é alguén que escriba nunha cabeceira de Bilbao ou de Barcelona", di o escritor que identifica esas "elites" coa España centralizada. "Cataluña obriga a España a pactar. Agora xa falan de federalismo, de reformar a constitución... xa se fala de cousas que hai un ano eran impensábeis. Porque Cataluña obrigou", afirma de Toro quen aventura unha futura "·negociación de soberanía". "Neste momento Cataluña xa é unha nación autodeterminada. Fai o que quere, a súa sociedade fai o que quere, dentro das limitacións nas que se atopa. A súa vontade é libre. E creo que todo rematará nunha negociación de soberanía entre Cataluña e España", sentenza o escritor.
NOS_20734
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos vai festexar o 87 aniversario do nacemento do autor a quen este ano se lle dedican as Letras Galegas. Farao este sábado, na Casa-Museo de Outeiro de Rei, cunha xuntanza anual de amigos e amigas da fundación e coa representación da obra A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, de Lucecús.
O 6 de outubro de 1929 vía a luz en Outeiro de Rei Manuel María. Con motivo do 87º aniversario do seu nacemento, a fundación que leva o seu nome organizou un festexo que terá lugar este sábado na Casa-Museo. Consistirá na xuntanza anual de amigos e amigas da fundación, o amplo grupo de persoas que durante o ano colaboran económica e organizativamente coas actividades que desenvolve a entidade e coas iniciativas relacionadas coa difusión da obra de Manuel María. No encontro de amigos e amigas da Fundación, farase un balanzo da intensa actividade do último ano e achegaranse propostas para novos proxectos a curto prazo. E é que desde os seus inicios, a Fundación Manuel María de Estudos Galegos apostou en buscar un funcionamento o máis aberto e participativo posíbel. Representación teatral Aliás, no marco da conmemoración do nacemento do escritor ao que se lle dedican este 2016 as Letras Galegas, Lucecús representará a obra A verdadeira historia do poeta Manuel Paderna, un presente simbólico para o autor e para quen queira achegarse a Outeiro de Rei o sábado (a asistencia é libre e de balde). A obra representarase a partir das 17h, e de xeito itinerante polos espazos da vila que o poeta máis amou. Con esta iniciativa, a compañía teatral busca difundir o rico universo literario de Manuel María a través do personaxe Manuel de Paderna, amigo e veciño do poeta, criado na casa natal e primeiro mestre do escritor "no oficio de facer versos" chegada a primeira adolescencia.
NOS_47053
Os pacientes ingresados nos hospitais galegos aumentaron até os 212 nunha xornada na que se incrementan lixeiramente os casos detectados.
Os pacientes ingresados nos hospitais galegos por covid-19 aumentaron este venres ata os 212 --9 máis--, dos que 30 permanecen en UCI --dous máis-- e 182 noutras unidades. O incremento de hospitalizados prodúcese nunha xornada na que ascenden lixeiramente os novos casos detectados, ata os 154, segundo os datos actualizados esta mañá pola Consellaría de Sanidade. De acordo con estes datos, os casos activos en Galicia sitúanse en 2.306, 34 menos que un día antes. Ademais, aumentan os pacientes curados ata os 112.687, o que supón 186 persoas curadas máis que a cuarta. Áreas sanitarias Canto ás áreas sanitarias, cos datos publicados pola Consellaría de Sanidade -coas cifras actualizadas ás 18:00 horas do día 1, A Coruña e Vigo mantéñense como as que rexistran máis casos activos, 752 e 621, respectivamente; seguidas de Santiago, 274; Pontevedra, con 238; Lugo, 162; Ourense, con 151; e, por último, Ferrol, con 108. Na da Coruña e Cee permanecen os mesmos pacientes ingresados en UCI que un día antes --14-- mentres que aumentan a 64 os que se atopan en planta --7 máis--. A seguinte área con máis persoas hospitalizadas é a de Vigo, na que un total de 6 persoas --unha máis-- están en UCI e 48 noutras unidades -cinco máis.Aumentan los pacientes ingresados en una jornada en la que suben ligeramente los nuevos contagios, con 154 Na de Santiago e Barbanza continúan tres persoas na UCI e baixan a 16 -unha menos- as que permanecen en planta. Por outra banda, na de Lugo hai dúas en UCI -sen cambios- e 11 noutras unidades -unha máis. Ademais, na de Ourense mantense un paciente covid en UCI e hai 18 persoas noutras unidades -unha máis. Na área de Pontevedra e O Salnés, hai un enfermo con covid en UCI -sen cambios- e baixan a 19 os doutras unidades -dous menos-; mentres, na área de Ferrol son seis persoas en unidades de hospitalización convencional e hai tres en UCI -unha máis.Aumentan los pacientes ingresados en una jornada en la que suben ligeramente los nuevos contagios, con 154 Menos casos activos Segundo os datos publicados este venres, os casos activos aumentan na área de Pontevedra, onde hai nove máis, ata os 238. Tamén se incrementan na de Ourense, ata os 151 -seis máis-; así como en Santiago, onde hai 274 persoas coa enfermidade activa -catro máis. Polar súa parte, na área sanitaria da Coruña baixan ata os 752 os casos activos -39 menos--; na de Ferrol hai 108 persoas con covid, 12 menos; na de Lugo 162, sete menos; e na de Vigo 621, o que supón seis persoas menos. Dos novos contaxios, 139 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que 43 se corresponden coa área de Vigo; 37 coa da Coruña; 18 coa de Santiago; 14 coa de Lugo; 13 coa de Ourense; 11 coa de Pontevedra e tres coa de Ferrol. Os últimos datos revelan que os contaxiados de covid-19 ascenden a 117.316, dos que 28.489 corresponden á área da Coruña e Cee; 22.297 á de Vigo; 18.523 á de Santiago; 14.874 á de Ourense; 12.801 á de Pontevedra; 12.070 á de Lugo; e 8.262 á de Ferrol. Baixa a taxa de positividade Até a data da última actualización de datos, leváronse a cabo 1.863.866 PCR, que supoñen 5.449 máis que na xornada anterior. No relativo á taxa de positividade, mantense nun 1,9%, de forma que continúa por debaixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia. Vítimas e curados Desde o inicio da pandemia faleceron por Covid na Galiza 2.344 persoas diagnosticadas con coronavirus, tras notificar na cuarta Sanidade dúas novas vítimas.
NOS_1586
O informe da CIG constata que se consolida no mercado laboral galego a figura do traballador pobre, ao tempo que avanza a precariedade, diminúe o poder adquisitivo e increméntanse as desigualdades.
O Estudo sobre ingresos salariais de 2016 elaborado polo Gabinete de Economía da CIG constata o avance de precariedade laboral, o incremento das desigualdades entre persoas asalariadas e a importante perda de poder adquisitivo da poboación do noso país nestes anos. Estas son algunas das conclusións deste informe, realizado a partir de datos oficiais da Axencia Tributaria. Uns datos que se compararon cos de 2009 para poder ter una imaxe do acontecido nestes anos. Así, e analizando as persoas asalariadas en función dos seus ingresos constátase que o único colectivo de asalariados que medrou foi o daqueles que percibiron menos da metade do Salario Mínimo Interprofesional (SMI). Ao mesmo tempo, este colectivo veu reducidos os seus ingresos respecto ao ano 2009. De feito, agora apenas superan os 1.800 euros brutos ao ano, cando daquela eran 1.900 euros. "Hai unha polarización entre as persoas asalariadas en Galiza moi elevada que se incrementou desde o ano 2009. Daquela un asalariado do colectivo de maiores ingresos equivalía a 66 dos de menores ingresos. Agora a equivalencia é de 1 a 91" Pola contra, o colectivo de maiores ingresos -aqueles que ingresan máis de 10 veces o SMI- reduciuse en número máis o seu salario aumentou en 30%. Galiza é, após Madrid, onde este colectivo ten os ingresos máis elevados do Estado. "Hai unha polarización, polo tanto, entre as persoas asalariadas en Galiza moi elevada que se incrementou desde o ano 2009. Daquela un asalariado deste grupo de maiores ingresos equivalía a 66 dos de menores ingresos. No ano 2016 a equivalencia é de 1 a 91", afirma López Gromaz, responsábel do gabinete da CIG.. Aliás, 30% da poboación asalariada non acadou o SMI en 2016 cando en 2009 era menos do 26%. Nestes anos de crise aumentou en case 5 puntos. Salarios máis baixos A rama de actividade marca diferenzas e traballar nunha ou noutra pode supor gañar máis do triple. As de maiores ingresos son as entidades financeiras e o sector enerxético. Aquí reduciuse o salario medio con respecto ao ano 2009 e reduciuse tamén o número de traballadores. Pola contra, nas ramas de actividade de menores ingresos, que son outros servizos e ocio e lecer, é onde máis aumentou o número de traballadores. Hai 23.000 persoas asalariadas máis que en 2009 e, porén, é onde máis se reduciron os ingresos medios. Renato Núñez, secretario confederal de Servizos e Afiliación, denunciou o asentamento e consolidación no noso mercado laboral da figura do traballado pobre, unha persoa que malia estar traballando ten uns ingresos que non lle permiten cubrir nin as súas necesidades nin as da súa familia. "Isto contradí o establecido no artigo 35 da Constitución Española que tanto defenden, que se utiliza para outras cousas, pero para garantir os dereitos das traballadoras e traballadores non". Núñez subliñou ademais que nesta categoría está fundamentalmente a xente moza. "Son quen máis sofren a aplicación da reforma laboral de 2012 e as posteriores" asegurou.
NOS_10966
Vén do activismo social a rentes do chan e non dos partidos como aparatos e non quere perder esa identidade no seu novo ámbito institucional de traballo, o Senado. Cando se lle lembran as acusacións de Luís Villares a Podemos pola pulsión polo control que supostamente caracterizaría a formación liderada por Pablo Iglesias, afirma con certa vehemencia que non será fagocitado nin por nada nin por ninguén. José Manuel Sande, ex concelleiro de Culturas da Coruña pola Marea Atlántica, foi eleito senador esta terza feira en representación do Parlamento de Galiza. "Que rol podo xogar no Senado? Axudar a visibilizar o país en Madrid", afirma.
Poucas horas despois de recoller no Hórreo as credenciais que certifican a súa elección como senador en representación do Parlamento galego, José Manuel Sande mantén unha conversa con Sermos. Como viviu todo o espiñento e tortuoso proceso que levou á súa designación como senador? Todo coincidiu co remate do mandato no concello. Eu aínda estaba en funcións e despregando unha actividade inxente, asociada á miña área —cultura, festas, memoria histórica, deportes, etc. Cando recibín a proposta, vin que as forzas políticas [Podemos, Esquerda Unida e Anova] facían un esforzo por escoller alguén que non pertence a ningunha delas e, claro, dado o meu perfil, atitude e traxectoria, interpretas que o que valoraban era a miña independencia, o meu criterio de estar en contra da política entendida como confrontación. Vin na proposta unha procura de unidade, de consenso, de entendemento da pluralidade, e pensei que eu podía servir, non en plan salvador evidentemente, mais si como un elemento de unión, sen que iso fose en detrimento doutras eventuais candidaturas. Mais si que pensei que a cousa podía ir adiante, xusto por iso, porque había certa unanimidade e consenso. Mais logo acabas comprobando que seguramente había debates e diferenzas importantes. Esa é a esfera na que ti xa non podes entrar. E nesta historia si que hai unha parte que pode resultar triste, no sentido de que se produce a ruptura dunha forza política [En Marea], mais tampouco vivín o episodio en clave persoal. Foi unha sucesión de feitos que se viñan dando no tempo, polo tanto este [o proceso de designación de senador] foi o detonante último, non o detonante por dicilo dalgún xeito. En todo caso, todo o proceso tivo algo singular, porque, como sabes, eu tampouco me presentaba xa na candidatura de Marea Atlántica, co cal a proposta colleume un pouco por sorpresa. Eu contaba con regresar ao meu traballo sen por iso deixar de estar na actividade política. En definitiva, vivín o proceso cunha mestura de sensacións un tanto peculiar. Era unha proposta que se me facía e non algo que eu estivese buscando, co cal ese componente persoal de ambición política non existía. Vin na proposta unha procura de unidade, de consenso, de entendemento da pluralidade Vostede non fai parte de ningún dos partidos que agora compoñen o grupo chamado formalmente En Marea, mais o villarismo sempre o viu como un candidato de parte. Si, curiosamente disto falouse no grupo [refírese aos partidos, Podemos, EU e Anova, que o propuxeron como candidato], aínda que nunca se explicitou demasiado. A miña traxectoria é a dun activista dos movementos sociais, son un dos fundadores da Marea Atlántica e fun concelleiro, mais un concelleiro que non pertencía a ningún dos partidos integrados na organización. Un sempre se vincula politicamente en moitas cuestións, mais ao mesmo tempo sempre estiven nesa procura de unidade, de consenso, de ver o espazo político dun xeito moi plural e xeneroso. Nese sentido, eu non estou ao servizo de ninguén e se se interpretou así, pois a verdade non era a miña intención dar pé a que se vise dese modo. Mantivo durante ese proceso algunha interlocución con Luís Villares ou con xente da súa contorna? Escollín un papel digamos que discreto porque entendía que todo tiña que ter o seu curso, mais houbo así algún pequeno contacto, dunha maneira cordial e nunca na procura de ningún tipo de presión, senón un pouco de explicación da situación e de desfacer equívocos, nada máis. Que actitude viu neses contactos? Cordial e de entendemento e nunha liña que apuntaba a que en ningún caso existía animadversión persoal cara a min. Nun momento determinado, vostede decidiu dar un paso atrás na política institucional e dese xeito resolve non recuncar nas listas da Marea Atlántica. Agora reaparece no Senado. Que o levou a reconsiderar a súa decisión? Primeiro hai unha dimensión eu creo que de reto. De reto e de diferenza de escala. E curiosamente tamén de diferenza non vou dicir de intensidade, pero si de grao de traballo presencial. A política municipal local, sobre todo na área tan vasta e monstruosa que eu levaba, non tiña descanso nin tregua. Abarcaba todos os días. Curiosamente, aínda sendo en Madrid, a vida do Senado comporta un compromiso presencial algo diferente. Ese factor foi importante. Non digo que o labor no Senado vaia ser máis laxo, mas si que hai unhas dinámicas e procesos de traballo algo distintos aos do concello que dan outro tipo de liberdades, para entendernos, e permiten conciliar doutro modo. Eu anunciei en xaneiro a miña marcha do concello, transcorreron catro ou cinco meses e cando me chegou esta proposta pareceume que tiña algo de oportunidade de visibilizar o traballo de Galiza en Madrid, vin que era un desafío diferente. No Senado vai ser o senador de todos os componentes do grupo orixinario de En Marea, o que se presentou ás eleccións de 2016, ou só vai ser o senador dos que fican no grupo parlamentar de En Marea? A miña intención sempre foi ser o representante de todo ese espectro político. Aí debemos estar sempre abertos. Se falamos constantemente de xenerosidade, dun espazo plural e fóra das dinámicas partidarias máis aborrecíbeis historicamente, pois seguro que debemos dar exemplo. E nese sentido —e dada a ausencia do Bloque Nacionalista Galego [nas Cortes Xerais do Estado] en Madrid e as dinámicas que conlevan normalmente as dependencias e sumisións do PP e do PSOE— pois estariamos perante unha oportunidade histórica para visibilizar todo isto, nun momento, ademais, en que o espazo político a verdade é que é precario para case todos. Vivimos nunha época de bastantes incertezas e ninguén debe confiarse. Os cambios políticos que están sucedendo así o indican, coa aparición de novos actores, algúns dos cales, mesmo na vertente máis triunfal, saben perfectamente que o seu suceso pode ser conxuntural. Nese proceso de reconfiguración e autoanálise que debemos facer hai que ir nesa procura de unidade, consenso e entendemento da pluralidade do espazo. Daquela se desde as bancadas da En Marea villarista se lle achega algunha iniciativa para a levar ao Senado, entendo que non habería problema. Se son iniciativas boas para Galiza, veñan de grupos cidadás ou de entidades, hai que valoralas e trasladalas se resultan algo que pode ser de proveito para o país. Vivimos nunha época de bastantes incertezas e ninguén debe confiarse A que grupo parlamentar se vai adscribir? Ao Confederal de Unidas Podemos ou ao mixto? Estamos nun proceso que hai que valorar, hai que falalo mellor nos vindeiros días. As dificultades que houbo neste tempo impediron avanzar máis en cuestións de planificación que hai que analizar e valorar durante o verán. Son cuestións que corresponden para dentro de pouco, pero para máis adiante. Non ten unha predisposición especial para un grupo ou outro? Hai que contemplar todo o espectro e a configuración e ver desde onde se pode facer máis forza. Luís Villares argumenta que En Marea no Congreso non puido ter un funcionamento autónomo porque se viu bloqueado por Podemos. Teme vostede correr a mesma sorte se finalmente opta por se integrar no seo do grupo confederal? Non, non. Estea onde estea, se veño aquí, debo manter un perfil e unha actitude. Esa independencia e, sobre todo, ese servizo ás distintas partes do espectro político hai que mantelo sexa como sexa. Iso eu téñoo clarísimo. Se un se introduce nesta outra aventura política é por coherencia e non para ser fagocitado nin por nada nin por ninguén. Que imaxe previa tiña do Senado e que rol positivo pensa que pode xogar vostede nesa cámara? Ben, a liña do que eu dicía antes de visibilizar Galiza en Madrid parece que contrasta coa idea que un pouco temos todos do Senado, como un ente inane, inactivo, unha especie de cimiterio de elefantes ou de premio de consolación a traxectorias políticas. Eu evidentemente non o considero así e non tería aceptado se tivese esa concepción. Eu penso que a presenza no Senado permite por un lado a acción política a través de iniciativas parlamentares e por outro ser un certo instrumento de presión e de aparición do país no Estado. Nalgún modo existiremos alí na medida en que sexamos capaces de trasladar iniciativas vinculadas ao territorio. Do contrario estaremos a dar a razón a quen considera que o Senado é un órgano innecesario ou morto. Se un se introduce nesta outra aventura política é por coherencia e non para ser fagocitado nin por nada nin por ninguén. Xa coa perspectiva do paso das semanas, ten unha composición de lugar un tanto máis acabada sobre as razóns que levaron ao devalo electoral non só a Marea Atlántica, senón as outras dúas experiencias similares nas cidades galegas? Algunhas conclusións si que se poden sacar, aínda que é necesario reflexionar con algo máis de vagar. Houbo desde inicio unha parte mediática de presión, e xa se está vendo como agora se visibilizan os problemas de En Marea mentres os de outros fican entre bambalinas. Esa presión dos medios criou unha manchea de tópicos ou lugares comúns inxustos sobre os nosos movementos. En comunicación hai que ser sempre moi valentes. A poboación sempre nos exixe máis a nós e debemos valorar iso e telo en conta. Neste tempo claro que se cometeron erros, mais tamén houbo moitísimas virtudes, logros, propostas que se levaron a cabo e si que creo que se fixo méritos para seguir gobernando. De todos xeitos, os resultados deben asumirse sen demagoxia, sen derrotismo e sen autocompracencias. Desterrar un pouco esa sorte de superioridade moral e ir ben ás causas, e ver de que maneira podemos volver, temos unhas autonómicas en breve, a un ciclo triunfal, no sentido de ocupar outravolta espazos de goberno. Ábrese un camiño interesante e, insisto nesa idea, estamos perante unha época con moitas incertezas e moitos aspectos endebles que si convén analizalos ben para saber cara onde ir.
NOS_4602
O Xulgado quere determinar polo miúdo a esta nena de 12 anos que padece unha enfermidade neurodexenerativa irreversíbel está "terminal" e se hai unha "prolongación innecesaria de la agonía"
O Xulgado de Instrución nº6 de Compostela vén de dictar unha providencia para que o Instituto de Medicina Legal de Galiza proceda a realizar un recoñecemento "xudicial e forense" a porta fechada a Andrea, a nena ingresada no CHUS cunha enfermidade irreversíbel e para a que os pais piden unha morte digna. Non é esta a única decisión adoptada polo Xulgado, que tamén remitiu unha providencia ao Sergas solicitando, entre outras cuestións, o informe clínico completo da rapaza de Noia. O recoñecemento faríase esta sexta feira. Segundo avanzou a Cadea Ser, con estas medidas o Xulgado o que procura é ter un coñecemento polo miudo da situación da nena e de se o tratamento ao que está sometida é desproorcionado a respecto das expectativas de mellora. Cómpre lembrar que esta quinta feira o Hospital Universitario de Compostela (CHUS) anunciou que remitiría ao xulgado toda a información sobre Andrea,. Enviarán ao Xulagdo tanto o informe do comité de ética como todo o relativo ao diagnóstico da nena. Xa o fixeron en xullo, lembrou o xerente, mais vólveno facer agora, despois de que os pais de Andrea anunciasen esta cuarta feira que ían recorrer á xustiza para garantir unha morte digna para a súa filla. O CHUS derivaba así aos xuíces a decisión sobre Andrea.
PRAZA_10150
Non volverá haber mandato municipal tranquilo en Ferrol. En realidade, semella que nunca o houbo. En maio de 2015, cando moitos dos seus conflitos xa estaban enquistados, a cidade deu unha sorpresa relativa dentro dos ascensos das Mareas municipais na provincia. Radiografamos o acontecido daquela coa vista posta no 26M
Non volverá haber lexislatura tranquila en Ferrol. En realidade, parece que nunca a houbo. Hai catro anos, José Manuel Rey Varela presentábase á reelección despois dun goberno con maioría absoluta do PPdeG (11 concelleiros; 36%); o único que viu Ferrol na historia da democracia. Rey Varela era unha das apostas de Feijóo para facerse co control das cidades que perdera o fraguismo, un dos obstáculos históricos do PPdeG ata cando dominaba as deputacións. A estratexia de 2011 funcionou en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña, as mesmas cidades que, en 2015 lle deron o bastón de mando ás Mareas. Ese ano, moitos dos conflitos xa estaban enquistados. Á perda de poboación e ao envellecemento secular, había que engadir a crise económica, que bateu en Ferrol como en poucos concellos de Galicia. O orgullo ferrolán estaba ferido, cunha taxa de paro que chegou ao 32%, e unha despoboación (envorcándose, entre outras, na veciña Narón) que lle fixo perder máis 10.000 habitantes en quince anos. Meses antes das eleccións, en agosto de 2014, o xornalista Nacho Carretero -daquela descoñecido fóra de Galicia- escribía na revista Jot Down unha reportaxe titulada Ferrol camiño de Detroit, no que debuxaba unha cidade sombría e practicamente en ruínas. Houbo un certo malestar no lector galego, pero non no ferrolán medio, que exhibiu o texto con orgullosa decadencia.En maio de 2015, cando moitos dos conflitos xa estaban enquistados, Ferrol deu unha sorpresa relativa, enmarcada dentro dos ascensos das Mareas municipais na provinciaEn maio de 2015, Ferrol deu unha sorpresa relativa, enmarcada dentro dos ascensos das Mareas municipais na provincia da Coruña. Jorge Suárez, candidato de Ferrol en Común, conseguía a alcaldía con só seis concelleiros (21,9%), apoiándose nun pacto de goberno co PSdeG de Beatriz Sestayo (cinco concelleiros; 18,3%), e co voto favorable dos dous do BNG (7,48%). Pero a lúa de mel durou pouco. En menos de ano e medio, e tras meses de rifa case diaria oportunamente aireada na prensa, Suárez comezou o seu calvario na Praza de Armas coa ruptura do goberno bicolor. Só conseguiu aprobar un orzamento en catro anos, coa prensa local sempre á espreita e coa galega representando o goberno das Mareas cunha foto de alcalde e o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, fumando nunha bañeira do despacho municipal. Ferrol, sitio distintoAs peculiaridades de Ferrol no ecosistema galego empezan pola súa altísima abstención en eleccións municipais. É o cuarto concello coa participación máis baixa de toda Galicia (56,7%) -só superado por Avión, Cambre e a veciña Narón-, dez puntos por baixo da media do país (66,0%). Aínda que é certo que a abstención é propia dos municipios urbanos, o caso de Ferrol é extremo. Son as parroquias de Mandia, Marmancón, Covas e Serantes, xunto cos barrios urbanos de Catabois e Telleiras, os que baixan do 50% e lastran a todo o concello. As peculiaridades de Ferrol no ecosistema galego empezan pola súa altísima abstención en eleccións municipais. É o cuarto concello coa participación máis baixa de toda GaliciaO voto do Partido Popular concentrouse na Madalena, Ferrol Vello, e as parroquias de Esmelle e A Mariña. Pero a distribución dos apoios ao PP foi relativamente homoxénea en todo o municipio.Ferrol en Común fíxose coa alcaldía grazas á concentración do voto nas parroquias de Serantes, A Cabana, e nos barrios urbanos de Recimil, Canido, Caranza e Telleiras, onde roldaba -e ata superaba- o 25%. Estes últimos, situados na zona sueste da cidade, son os mesmos onde o PSdeG obtivo os seus mellores resultados.Outra particularidade de Ferrol é a escasa relación que ten o voto coa idade. Como veremos ao longo desta serie de análise do comportamento electoral municipal nas sete cidades de Galicia, os barrios e os distritos máis novos elevan as porcentaxes de voto aos partidos de confluencia que entraron en 2015 na política local. Ferrol, neste caso, tamén foi un sitio distinto. Apenas hai relación no voto a FeC e a idade media das seccións censuais. Ocorre o mesmo co apoio ao Partido Popular, ata agora situado nos centros das cidades e nas parroquias rurais. En Ferrol, ningunha das variables do comportamento que serven para explicar o voto urbano galego (principalmente, idade e renda), funciona. Incerteza Por circunstancias endóxenas e esóxenas, as candidaturas de confluencia, que conseguiron un éxito inédito en 2015, sufrirán moito en 2019Nas eleccións do próximo 26 de maio, o alcalde Suárez conta con poucas posibilidades de revalidar o mandato. Por circunstancias endóxenas e esóxenas, as candidaturas de confluencia, que conseguiron un éxito inédito en 2015, sufrirán moito en 2019. Os principais problemas cos que se atopa son a división do seu partido e o consecuente declive da marca. Pero Suárez ten que lidar coas súas propias dificultades engadidas, e que teñen moito que ver coa imposibilidade de chegar a acordos nun concello fragmentado e cunha maioría moi feble. Os proxectos de peonalización do centro histórico e da reforma radical e redeseño da Praza de Armas atoparon unha oposición frontal no concello e na veciñanza. Rey Varela volve patear as rúas de Ferrol para pedir o voto. Esta vez, tamén, como Conselleiro de Política Social da Xunta. Feijóo encoméndase ao ex-alcalde para recuperar as cidades, nunha estratexia parecida á que levou en 2011. Nos anos vinte, a única posibilidade do PP de ter un alcalde urbano é en Ferrol, e non vai ser fácil. O PSdeG é o principal obstáculo de Rey Varela. O seu candidato, Ángel Mato, enfrontouse á dirección do seu partido, que apoiaba a Sestayo, e gañou o pulso grazas aos militantes. As divisións entre aparello e militancia adoitan quedar gardadas nun caixón durante as eleccións, pero sempre son susceptibles de ser reabertas cando veñen mal dadas.As incógnitas para o 26 de maio están na dereita e na esquerda. Na dereita, Cidadáns presenta a un antigo concelleiro do Partido Popular, Alejandro Langtry, e Vox abre un espazo descoñecido na política local galega, pero con moi poucas opcións de entrar en ningún concello urbano. Nas Xerais do pasado 28 de Abril, Vox superou o 16% na parroquia da Mariña, onde, tradicionalmente, o PPdeG sobe do 40%, pero as eleccións municipais son outra cousa. Na esquerda, a fragmentación é máis alta. As confluencias xa se presentaron divididas entre Ferrol en Común e a Marea de Ferrol (antes Marea Ártabra), hai catro anos. Agora, ademais, faino Xuntos Actúa, nun proceso de reorganización que se parece moito -este si- ao do resto de Galicia. O BNG, pola súa banda, busca recuperar o electorado perdido desde Amio nunha cidade onde xa tiveron un alcalde do 99 a 2003.En democracia, Ferrol probou case todas as combinacións posibles da oferta electoralE no medio, un grupo de partidos independentes cuxo apoio real se descoñece. Sentimento Ferrolán, presenta como número un da lista ao ex-xogador de baloncesto e mito dos oitenta Anicet Lavodrama, quen acompañou a Juan Fernández en Independientes por Ferrol. Pero tamén está o único partido ecofeminista e "arredista" de Galicia: Ligando. Reivindican a Galicia histórica e a creación dun Estado galego propio "de carácter asembleario por métodos democráticos e pacíficos".En democracia, Ferrol probou case todas as combinacións posibles da oferta electoral. Isto, e a baixa participación, favoreceron a entrada de partidos independentes e "emprendedores" políticos desde hai tempo. O resto das cidades vive como novas situacións que, aquí, coñecen ben. A fragmentación e a imposibilidade de maiorías absolutas, en Ferrol, xa son da casa.
NOS_10662
Con grande atención estase a agardar o concerto que a sexta feira 12 de de setembro darán Ugia Pedreira e Sés en Ribadeo, cuarto edición de Músicas e Letras en Feminino organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. Será unha das últimas ocasións de ver a Ugia no escenario antes da súa anunciada retirada.
Tanta é a expectación que está a levantar o concerto de Sés e Ugia Pedreira que se presenta como cuarta edición de Músicas e Letras en Feminino que o Observatorio da Mariña pola Igualdade decidiu facer reserva de entrada só a través do seu mail [email protected]. O prezo do bono-axuda-entrada é de 5 euros e a reserva está aberta até a propia sexta feira ás 12 horas. Unha hora antes do concerto poderanse adquirir na propia billeteira. O IV Concerto de Músicas e Letras en Feminino xunta en Ribadeo, no Cine-Teatro, dúas das máis consolidadas voces do panorama musical galego, a de Ugia Pedreira mais e a de Sés, que xa subiron xuntas ao escenario no espectáculo colectivo promovido pola primeira na Coruña e titulado "Desaramar". Desta volta, será unha das últimas ocasións nas que Ugia Pedreira, natural da Mariña, suba ao escenario a cantar antes da súa anunciada despedida que se producirá despois do o verán. Tanto Ugia como Sés participaron xa en anteriores edicións de Músicas e Letras en Feminino mais desta volta souben xuntas nunha noite na que se incluirá no programa un recital poético a cargo de alumnas do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo que lerán poemas de autoras galegas e moi especialmente da Mariña. O obxectivo do Observatorio da Mariña pola Igualdade é "valorar e visibilizar a creación artística das nosas mulleres", segundo sinalan da presentación desta iniciativa que definen como evento cultural feminista de referencia.
NOS_16012
O administrador concursal inclínase finalmente pola oferta presentada por Armón malia que o comité se pronunciara a favor de Gondán, que se comprometera a garantir a práctica totalidade dos postos de traballo.
O administrador concursal de Hijos de J. Barreras trasladou ao Xulgado Mercantil número 3 de Pontevedra —con sede en Vigo— o seu informe sobre as tres ofertas presentadas para adquirir a unidade produtiva do estaleiro vigués, e inclinouse finalmente pola proposta de Armón. Para o administrador, esta oferta "non só é mellor economicamente", senón que estaría avalada por un "grupo empresarial con máis recursos, experiencia na construción de barcos grandes, previsión de investimentos en prazos concretos" e vén "creando riqueza" na cidade desde 1999. Estes son algúns dos argumentos recollidos no informe, ao que tivo acceso Europa Press e no que se descarta de forma rotunda a oferta de Marina Meridional —actuais donos da antiga Vulcano, agora estaleiros San Enrique— por non demostrar viabilidade nin unha "mínima garantía de continuidade empresarial". Na comparación entre as dúas ofertas restantes, a de Armón e a de Gondán, a administración concursal expón que a primeira presenta unha oferta económica superior, que permitiría pagar os créditos, e, en definitiva, que o grupo empresarial ten máis recursos económicos. Mobilización da CIG contra a "represión sindical" en Barreras: "Defender os postos de traballo non é un delito" Aliás, defende que Armón ten experiencia na construción de grandes buques e contratos en carteira, ten "arraigamento" en Vigo, achega prazos concretos de investimento ou dá unha solución ao despezamento dos cascos do contrato errado con Havila, entre outras cuestións. Agora será o xulgado o que determine, en última instancia, cal das tres ofertas será a adxudicataria da unidade produtiva do estaleiro. Alén do administrador concursal, a consultora Kroll —contratada polos donos de Barreras Ritz Carlton para pilotar o proceso de liquidación— tamén presentou un informe expresando a súa preferencia por Armón. Porén, esta non é a opción pola que se decantou o persoal. O comité pide que se lle adxudique a Gondán polo seu compromiso de manter a práctica totalidade do cadro de traballadores. Reacción dos sindicatos Os sindicatos expresaron a súa "decepción" co informe da administración concursal e lamentaron que fixese seus algúns dos argumentos da consultora Kroll. O presidente do comité, Sergio Gálvez (UXT), lamentou que este informe supón case con total seguridade que "se bota 100 traballadores á rúa" porque, aínda que a xuíza aínda non emitiu a súa resolución, "en 90 % dos casos a decisión xudicial adoita ir en sintonía coa administración concursal". Segundo censurou, "habendo unha oferta viábel [a de Gondán], ao final elíxese a máis complicada", e precisamente a única que non subroga á totalidade dos traballadores. Por iso, avanzou que vén "un conflito grave, gordo" porque os empregados "non van quedar parados", e criticou que, neste proceso, van "xuntos" a empresa e a administración, "e os traballadores quedan polo camiño". "É unha 'vendida' en toda regra", sentenciou. Pola súa parte, Ramón Sarmiento, de CCOO cualificou o documento como "decepcionante", non só porque non lle dá peso ás consideracións sociais, senón porque o administrador concursal "emite xuízos de valor que non proceden". Así, censurou que fai apreciacións que "destilan un profundo descoñecemento" do sector da construción naval. Na mesma liña, o portavoz da CIG, Rafa Pérez, mostrouse "sorprendido" polas conclusións do informe, que fai unha "valoración nesgada" das ofertas en favor de Armón, mentres "tira por terra os puntos fortes" da proposta de Gondán. Ademais, lamentou que, agora, será "moi difícil" que a xuíza emita unha resolución que non se acomode ao informe do administrador concursal. O comité prevé que en cuestión de poucos días o xulgado emita a súa resolución e determine cal das tres ofertas será a adxudicataria da unidade produtiva do estaleiro.
NOS_26393
A portavoz nacional incide en que alí onde goberna o nacionalismo "mellora a vida das persoas".
Ana Pontón compareceu en Compostela acompañada de alcaldes, alcaldesas e candidatos municipais do BNG para defender o que cualificou como "modelo de éxito" do nacionalismo nos concellos. Un modelo, dixo, que ten demostrado que "funciona". "Ese é o reto que nos fixamos: máis BNG nos concellos, máis concellos gobernados co modelo municipal do BNG, un modelo de éxito, que mellora a vida das persoas e que demostra que, cando confiamos nas posibilidades do país e temos políticas propias, avanzamos e logramos grandes cousas", salientou a portavoz nacional,. "O noso modelo está testado e funciona e por iso queremos estendelo por Galiza o 26M", subliñou. Un modelo, explicou, que parte "dunha acción de goberno que busca algo moi importante: que as veciñas e os veciños sexan máis felices". Municipios "libres de corrupción e clientelismo", "participativos", "feministas" ou "sostíbeis", en palabras de Ana Pontón e que son, dixo, unha referencia que o nacionalismo quer estender por todo o país o 26M. Evencio Ferreiro, alcalde de Carballo, resumiu nese acto en dous eixos a fórmula BNG: "O cariño polo lugar que sentimos como propio, lugar que nos gusta ver avanzar para vivir e, segundo eixo, a visión estratéxica, o proxecto do concello que queremos construír cun horizonte e as idas claras, sen improvisacións". M.A Fernández Lores, pola súa parte, atribuíu o éxito dos gobernos nacionalistas "á confianza no país e na nosa xente". "Cando me preguntan se o modelo Pontevedra o podería desenvolver outra forza contesto que non, porque o BNG elabora un proxecto propio, centrado na nosa realidade e esa confianza no que somos como país e como pobo é o que nos diferencia". Pontón pechou a súa intervención lembrando que a cita coas urnas inclúe as eleccións europeas e puxo en valor o traballo da candidata Ana Miranda. "É a garantía de que Galiza siga tendo voz propia en Europa e tamén a candidatura das persoas comprometidas coa defensa da democracia, dos valores republicanos, dos dereitos sociais e nacionais", salientou.
NOS_11671
A decisión foi comunicada por fontes da Consellaría de Sanidade após a reunión dos seus representantes co Comité Clínico. No encontro de traballo acordouse que o resto dos municipios da Galiza estarán no chanzo máis baixo das limitacións.
A evolución dos contaxios á baixa -con menos de cen ao día- e a redución da presión hospitalaria pola Covid-19 marcaron o encontro desta terza feira entre representantes da Consellaría de Sanidade e as e os expertos do comité clínico que asesora sobre a situación epidemiolóxica da Galiza polo que ambas partes decidiron que a gran maioría dos concellos da Galiza estean no nivel mínimo das restricións. No chanzo medio-alto de prohibicións permanerá só Monforte de Lemos, mentres que non haberá localidades en risco alto nin máximo. No entanto, a gran maioría dos concellos da Galiza terán unhas limitacións máis baixas, como corresponde ao nivel medio-baixo. Ademais, cómpre lembrar que estas novas consideracións estrarán en vigor na medianoite do sábado e o certo é que nesta cuarta feira a Xunta estrea o plan de acción na hostalaría que se leva negociando varias semanas. É probábel que mañá se comuniquen polo miúdo as cuestións que se trataron na reunión. Cambios nos criterios que marcan a actividade na hostalaría Será precisamente na mesma xornada na que os estabelecementos hostaleiros pasarán a estar en dous niveis diferentes de prohibicións e capacidades en función das medidas de seguridade contra a expansión do virus que asuma cada negocio. Así, deixarase atrás -polo menos de momento- o criterio de que a actividade vaia ligada á situación epidemiolóxica do concello. Porén, segue a existir certa cautela no sector posto que esta terza feira transcendeu que o Tribunal Supremo avala o certificado Covid que a Xunta quixo estabelecer como ferramenta para controlar o acceso da cidadanía aos locais de lecer. Antes o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza tombara a iniciativa e haberá que agardar para saber se o Goberno galego recupera ese sistema que non estaría no novo plan.
NOS_33484
Autora de obras de referencia para o soberanismo hawaiano.
Haunani-Kay Trask faleceu na fin de semana. Xubilouse en 2010 e comezou a súa carreira académica en UH Manoa en 1981 como profesora axudante no Departamento de Estudos dos Estados Unidos, con experiencia en teoría feminista e estudos indíxenas. Trask recibiu en abril un dos máximos honores outorgados polo mundo académico. Foi elixida membro da Academia Americana de Artes e Ciencias, unha das sociedades honoríficas máis antigas e prestixiosas dos EUA. Ademais da súa carreira no activismo e no mundo académico, Trask escribiu dous libros de poesía Light in the Crevice Never Seen e A noite é un tambor de pel de tabeirón - e unha colección de ensaios politicamente provocadores. From a Native Daughter: Colonialism and Svereignity in Hawaii (1999), un referente do nacionalismo hawaiano. Tamén escribiu e co produciu o galardoado documental Act of War: The Overthrow of the Hawaiian Nation, que se estreou en 1994. "Os seus libros foron traballos innovadores", dixo a activista e profesora Sonoda-Pale. "Por iso, é importante que a xente se decate de que o seu legado seguirá vivindo". Moitos membros da comunidade nacional hawaiana dixeron que consideraban Trask como unha das mulleres máis influentes da historia de Hawai. Información tirada de nacions.blogspot.com
NOS_15105
O despregamento militar, que acompaña a unidades da policía española e da Garda Civil, cortou todos os accesos ás praias.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, afirmou esta terza feira nunha mensaxe publicada en Twitter que España "defenderá a integridade" de Ceuta "perante calquera desafío". O exército español despregouse esta mañá entre os espigóns que separan Ceuta de Marrocos, despois de que entre onte e hoxe por volta de seis mil migrantes entraran no enclave norteafricano nadando ou bordeando a estrutura. Segundo a delegación do Goberno español, hai uns 1.500 menores entre os migrantes. O despregamento militar, que acompaña a unidades da policía española e da Garda Civil, cortou todos os accesos ás praias, pero non foron quen de evitar que ducias de persoas continuasen a cruzar a fronteira por mar, aproveitando a baixamar. Por desgraza, onte un dos migrantes afogou mentres intentaba nadar até a praia. Segundo a axencia EFE, Ceuta non rexistra unha afluencia de emigrantes tan grande desde hai máis de quince anos, o que se incentiva coa retirada da policía marroquí na fronteira. A axencia tamén di que aínda hai centos de persoas esperando para cruzar a fronteira. A ministra de Asuntos Exteriores española, Arancha González Laya, dixo esta segunda feira que non era consciente de que a chegada de migrantes fose unha presión de Marrocos após a hospitalización en Logroño de Brahim Ghali, líder da Fronte Polisario, que está enfermo do Covid- 19. PP e Vox aproveitaron a situación para acusar o Goberno español de ser incapaz de defender as fronteiras do Estado. Neste sentido, reclamaron a Pedro Sánchez que se coordine de inmediato coas autoridades marroquís para deportar todos os migrantes. En calquera caso, Santiago Abascal deu un paso máis e describiu a entrada de migrantes como invasores. "Esiximos o despregamento do exército e a expulsión dos invasores", tuiteou. O líder de Vox visitará esta terza feira o enclave norteafricano.
PRAZA_16261
Un modelo matemático desenvolvido pola USC prevé que a presenza da vespa asiática sexa máis frecuente en Bergantiños, Xallas, Terra de Soneira, Sar, A Barcala, Caldas e Pontevedra
A Vespa Velutina seguirá estendéndose neste 2018 en Galicia, nomeadamente no interior das provincias da Coruña e Pontevedra, segundo un modelo matemátcio desenvolvido polo investigador Luis Rodríguez Lado, do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC. O moelo permite analizar a presenza da avespa asiática nos diferentes concellos de Galicia e prever a probabilidade de expansión futura, en base a unha serie de 50 variables ambientais, dende a meteoroloxía aos hábitats preferidos polo insecto para asentarse. En 2017 apareceron niños de avespa asiática en 258 concellos O modelo presentouse o pasado ano e os seus resultados poden consultarse ademais nunha aplicación desenvolvida pola Universidade de Santiago co apoio da Deputación da Coruña que permite visualizar nun mapa a distribución presente e futura da velutina. Datos correspondentes ao ano 2017 indican a presenza de niños de avespa asiática en 258 concellos de Galicia. A maior parte dos niños atópanse asociados a usos de mosaico agrícola (41.5%) -núcleos rurais non consolidados, cultivos, viñedos e prados-, seguidos de solo urbano (26.66%), infraestructuras (7.81%), eucaliptos (6.5%), monte baixo (5.65%), frondosas (5.44%) e coníferas (4.79%). O modelo prevé para o ano 2018 que o 27.69 % da superficie de Galicia presente risco "alto" ou "moi alto" de presenza de niños de velutina, o que supón un incremento de máis de catro puntos con respecto aos datos de 2017 (23.49%). Os concellos con maior superficie potencialmente afectada na categoría de risco moi alto son Cambados, Pontecesures, Ribadumia, Mugardos, Valga, Cambre, A Coruña, Vilanova de Arousa, A Laracha, Dodro, Padrón, Bergondo, Sanxenxo, Rois, Oleiros, Portas, Narón, Vigo, Teo e Betanzos. Porén, segundo o modelo, serán as comarcas de Bergantiños, Xallas, Terra de Soneira, Sar, A Barcala, Caldas e Pontevedra as que concentren o maior incremento do risco neste 2018, é dicir, as zonas nas que a velutina podería expandirse en maior medida con respecto á súa distribución previa. O modelo prevé para o ano 2018 que o 27.69 % da superficie de Galicia presente risco "alto" ou "moi alto" de presenza de niños de velutina, o que supón un incremento de máis de catro puntos con respecto aos datos de 2017 (23.49%) En 2017 a especie foi xa observada en Suiza e no cinto central de Escocia e é previsible que a avespa invasora colonize novos territorios europeos nun futuro cercano, polo que "é preciso o desenvolvemento de sistemas de monitorización, baseados nunha metodoloxía científica, que permitan a delineación das áreas potencialmente afectadas e anticipen a sua distribución considerando o efecto das variacións debidas a cambios nas condicións medioambientais, especialmente do clima, a curto e medio prazo", destaca Luis Rodríguez Lado. Descarga aquí o informe completo (.pdf)
NOS_8728
O Goberno local de Inés Rei anunciou esta terza feira a súa intención de darlle un papel protagonista á actriz no ano 2022, co gallo do centenario do seu nacemento. A alcaldesa asegurou que esta "gran dama do teatro" merece que lle dean "o lugar que, por xustiza, lle corresponde". En consecuencia, tecerase unha ampla axenda cultural na cidade.
A artista coruñesa María Casares, que dá nome a un dos premios máis importantes do teatro galego, será lembrada cunha ampla axenda de actividades auspiciada polo Concello da Coruña para 2022. Esta homenaxe da veciñanza chegará co gallo do centenario do nacemento da artista. A alcaldesa da cidade, Inés Rei, explicou esta terza feira a orixe desta proposta, que busca darlle a Casares "o lugar que, por xustiza, lle corresponde". Rei, que estivo acompañada no acto polo xestor cultural e coordinador da programación, Xosé Aldea, remarcou cuestións da personalidade e traballo da actriz como a súa "loita pola igualdade". Na súa opinión, foi unha "gran dama do teatro", cuxo labor tivo especial desenvolvemento en Francia, a onde se exiliou con só 13 anos. Entre o calendario de propostas culturais que verán a luz está a publicación de cadernos didácticos xa en xaneiro e a saída do prelo dunha biografía en banda deseñada. Así mesmo, o Kiosko Alfonso vai acoller unha exposición con máis de 250 pezas vinculadas a María Casares no mes de maio. Un encontro profesional e visitas de tipo teatral Igualmente, avanzouse que o Goberno local artellará visitas teatralizadas e unha ruta urbana guiada na que se falará sobre a súa figura. O xestor Xosé Aldea engadiu que vai ter lugar, dentro dun ano (en novembro de 2022), un encontro profesional internacional que levará por título "María Casares. Cen anos de vida". De feito, o vencello da coruñesa con Francia non quedará sen lembrar en diferentes iniciativas, e mesmo as bibliotecas municipais e os teatros coruñeses darán paso a creacións con Casares como gran protagonista.
NOS_45860
"Non chega con que Gas Natural Fenosa poña anuncios de desculpa, ten de ser sancionada e as persoas afectadas, indemnizadas", afirmou a portavoz nacional do BNG esta quinta feira após protagonizar un acto simbólico perante a sede da eléctrica en Compostela.
"Fenosa crese a raíña do mambo, vímolo estes días en que millóns de galegos e galegas aturaron cortes de luz de até cinco días e iso non é consecuencia do temporal, senón do feito de que non cumpre a lei que obriga a ter as liñas en bon estado", denunciou Ana Pontón. A líder da formación soberanista denuncia que a compañía cobra dúas veces: "Unha através dun imposto que vai na factura para o mantemento das infraestruturas e outra a través das subvencións que recibe das administracións públicas". O BNG demanda que se impoñan "sancións exemplares" a Gas Natural Fenosa polo que reputan como "neglixente xestión". Para Ana Pontón, a Xunta ten responsabilidades directas na materia e non abonda con se limitar a lle abrir un expediente á empresa: "Feijóo cando estaba na oposición reclamaba axudas e agora que está no goberno deixa a xente tirada". A alternativa do BNG para o sector eléctrico lembrouna neste acto Ana Pontón: unha tarifa eléctrica galega que teña en conta a condición da Galiza como país produtor excedentario e baixar o IVE da luz de 21 a 4 por cento por ser un servizo de primeira necesidade para as populacións. A estas medidas cumpría engadir tamén unha decidida aposta nas enerxías renovábeis e no autoconsumo, alternativas estas que están a ser "penalizadas" polo goberno do Estado español.
PRAZA_15363
Que é unha persoa culta? E non será quen se sorprende da artificialidade que enche o noso mundo, quen cultiva a conciencia histórica e critica e quen, sempre, se compromete coa continuidade do ser humano, claro que desde a solidariedade, o respecto, a elegancia e a conciencia do individuo? Todo o resto, xa o dizo Verlaine, é literatura
A fórmula aristotélica que designa a esencia das cousas exprésase através dun sintagma que usa o imperfecto do verbo ser. Xa que logo, para coñecérmonos a verdadeira realidade de calquera asunto, persoa ou cousa teremos de preguntármonos que era. Para o pensamento da Grecia, portanto, só existía atribución esencial sobre o pasado concluído, de tal xeito que, agora no caso dos individuos, como dixo Solón, non poderemos chamar feliz ninguén mentres viva, porque só seremos quen de xulgalo como tal afinal dos seus días. E razón non lle faltaba, pois mentres vivimos, a imaxe da nosa vida é totalmente incompleta e nela o esencial mestúrase co fortuíto e accidental, sendo sempre inseguro o coñecemento que podemos ter de calquera persoa; non en van todas e todos estamos envolvidas na mesma escuridade a respecto da nosa propia imaxe, algo incompleto e/ou provisorio como a de toda persoa. Para coñecérmonos a verdadeira realidade de calquera asunto, persoa ou cousa teremos de preguntármonos que era Mais felicidade á parte –creo que só os ignorantes ou quen padece algún tipo de deficiencia mental, amais dos e das mentireiras, confésanse felices— , o certo é que o prezo da verdade só é a morte, capaz de render conta da esencia das cousas cando estas xa non existen. Falo da imaxe dunha garrafa que chega á beira coa mensaxe de quen se afogou. A voz grega para verdade é ἀλήθεια, isto é, non esquecemento, lembranza. Coñecer a verdade de alguén é rememorar o seu exemplo cando xa non vive, adquirindo esa vida unha necesidade que antes non tiña: de aí que, claro que non todas e todos nós, tratemos e fagamos por coidar a nosa imaxe e percorrido vital. Imaginem vitæ tuæ, que dicían en Roma. Coñecer a verdade de alguén é rememorar o seu exemplo cando xa non vive, adquirindo esa vida unha necesidade que antes non tiña: de aí que, claro que non todas e todos nós, tratemos e fagamos por coidar a nosa imaxe e percorrido vital Toda conciencia histórica descansa e conduce cara a unha conciencia crítica, sempre autónoma e razoadora, que trata de discriminar aquilo que mereza conservación do que implica reforma. Aquí, en tanto, penso que radica o compromiso colectivo cara á persoa, en primeiro termo, e cara á sociedade tras da que aquela alteza, bate. Somos sociedade e somos colectividade de persoas. Porén, non é nada desaxustado considerar que os e as literatas do pasado (e falo sempre das mentes cultivadas e activas socialmente, das verdadeiramente produtivas, non das imitativas que se aproveitan dos xuízos alleos) son as e os creadores das persoas do presente. Ergo, os e as literatas do presente han asumir a tarefa de configurar os desexos das xeracións futuras. Un dos maiores compromisos coa nosa propia realidade individual é o respecto cara a esa nosa entidade humana: tanto na súa vertente persoal como na colectiva, na comunitaria A responsabilidade, pois, das e dos intelectuais, dos e das cultivadas de hoxe estriba na alimentación da conciencia da persoa do mañá afín de que senta unha predisposición especial cara á convivencia. Así, liberdade, igualdade, autonomía moral, democracia, solidariedade ou elegancia humana son conceptos que teñen autoría e que non choveron do ceo, que viñeron por cristalizar na actual conciencia culta do planeta e en virtude de que as persoas, non por acaso, somos fillos e fillas dun mesmo espazo cultural. Deste xeito, opino, un dos maiores compromisos coa nosa propia realidade individual é o respecto cara a esa nosa entidade humana: tanto na súa vertente persoal como na colectiva, na comunitaria. Somos membros dunha comunidade e como tales deberiamos actuar. E somos persoas e tal que iso deberiamos movérmonos. Pensando, preguntándonos, ofrecéndonos solucións e atendendo ao noso pasado, unha das principias razóns, senón a máis, para comprendérmonos como o que somos. Adoitamos sinalar que a curiosidade é a orixe de todo coñecemento. E con razón. Xa que logo, quen se pregunta e tenta procurar respostas crea coñecemento, mais tamén o crea quen se estraña pola visión e sente estupefacción ou sorpresa ao observar o mundo e tratar de explicalo activamente. Falamos, así, de cultura. Para a persoa sen cultura, en cambio, sexa ou non individuo de certas lecturas, o que a arrodea semella estar rexido pola seguridade, a sinxeleza e a sintaxe evidente dos feitos da natureza. Todo –as ideas que se lle transmiten, as crenzas que alberga, as fontes de pracer e os costumes que a sosteñen— vén ser un simple datum que aí está e que parece que aí vai permanecer. Para a persoa sen cultura, en cambio, sexa ou non individuo de certas lecturas, o que a arrodea semella estar rexido pola seguridade, a sinxeleza e a sintaxe evidente dos feitos da natureza Que logramos, pois, co exercicio da conciencia histórica? En primeiro lugar poderemos asombrármonos polos logros humanos, recreármonos na alegría que implica o recoñecemento das liberdades individuais, a dignidade do ser humano e, en consecuencia, exercitar tamén o temor ante o feito de que de non coidarmos a arquitectura moral dos avances da civilización e a súa esencia, talvez se afunda a propia causa individual e colectiva dos seres humanos. Através do cultivo intelectual, pois, a persoa como que tende a estar alerta por medio dun estado de anímico escatolóxico capaz de facerlle prever os perigos que en definitiva sempre nos acechan. Pensa, razoa, involúcrase, coopera, respecta e axuda ao mantemento do persoal dirixido cara á colectividade. Que é unha persoa culta? E non será quen se sorprende da artificialidade que enche o noso mundo, quen cultiva a conciencia histórica e critica e quen, sempre, se compromete coa continuidade do ser humano Que é unha persoa culta? E non será quen se sorprende da artificialidade que enche o noso mundo, quen cultiva a conciencia histórica e critica e quen, sempre, se compromete coa continuidade do ser humano, claro que desde a solidariedade, o respecto, a elegancia e a conciencia do individuo? Todo o resto, xa o dizo Verlaine, é literatura: car nous voulons la nuance encore / pas la couleur, rien que la nuance […] et tout le reste est littérature.
PRAZA_11683
En Santiago aumentaron un 32% no último ano e o crecemento foi aínda máis importante en Vigo ou Ourense, ou en vilas como Baiona. Os propietarios de vivendas turísticas presionan para que as administracións eliminen as trabas á súa expansión.
"Non podemos permitir que un fenómeno conxuntural arrase co modelo de cidade", sinala Sánchez BugalloO Concello de Santiago proporá esta semana unha ampliación da moratoria na concesión de autorizacións para pisos de uso turístico. Na actualidade a medida xa funciona en toda a Zona Vella (foi aprobada polo anterior goberno municipal) e o obxectivo é estendela ao resto da cidade. A iniciativa, que será votada no pleno deste xoves, e á que o grupo de Compostela Aberta xa anunciou o seu apoio, é unha medida cautelar mentres se tramita unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para regular esta materia, sinalou o alcalde Xosé Sánchez Bugallo, que alertou de que "non podemos permitir que un fenómeno conxuntural arrase co modelo de cidade". O rexedor dixo que "o problema non son os 641 establecementos" rexistrados de xeito legal, "senón un número moi superior que funciona de forma irregular", ademais do "incremento exponencial das demandas de autorizacións para pisos turísticos".Esta modificación do PXOM busca unha blindaxe "sólida dende o punto de vista legal" dunha regulación que impida os fenómenos de saturación e de expulsión de residentes e de usos comerciais tradicionais. O obxectivo é que "nas áreas residenciais se manteña o uso residencial permanente", fixando "un número máximo de autorizacións, a nivel xeral e por zonas", e mesmo "topes de utilización dunha residencia como vivenda de uso turístico". Medidas que van na liña das recomendacións expresadas recentemente polo Eixo Atlántico nun informe sobre os apartamentos turísticos.A asociación que agrupa os propietarios está a facer presión para que as administracións eliminen as trabas á expansión deste tipo de establecementosSánchez Bugallo anunciou a proposta de moratoria coincidindo coa xuntanza que mantivo coa Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga), unha entidade que representa aos propietarios dos pisos turísticos e que está a facer presión para que as administracións eliminen as trabas á expansión deste tipo de establecementos. Aviturga sostivo publicamente que as limitacións aos pisos turísticos "prexudican a Compostela", sobre todo ás portas dun Xacobeo que traerá á cidade a centos de miles de persoas, que poden optar por pernoctar en vivendas de uso turístico "dos concellos limítrofes".En Compostela existen 641 pisos turísticos rexistrados de forma legal pola Xunta de Galicia, pero calcúlase que poden estar operando outros mil de forma ilegal. Xa o pasado ano o Goberno municipal realizou un estudo que subliñaba a existencia de máis dun milleiro de apartamentos turísticos, catro veces máis do rexistrado pola Xunta. Uns pisos turísticos ilegais que movían cada ano 8,5 millóns de euros non fiscalizados.Hai case dez mil pisos turísticos legais en Galicia, aos que hai que sumar unha importante cifra de aloxamentos non rexistradosA realidade é que o número de pisos turísticos non deixa de aumentar en Galicia. Hai menos de dous anos, na primeira estimación oficial realizada pola Xunta en febreiro de 2018, había 4.630. Hai un ano, en xaneiro de 2019, a cifra elevárase un 62%, ata os 7.494. Hoxe o seu número achégase xa aos dez mil (9.736), cun novo aumento do 30%. En total, os pisos turísticos rexistrados de forma legal suman unhas 50.000 prazas de aloxamento, ás que hai que engadir o mantemento de enormes bolsas de vivendas de uso turístico ilegais e non fiscalizadas.Sanxenxo (1.716) é a localidade cun maior número de vivendas de uso turístico. A continuación aparecen Compostela (641), Vigo (373) e A Coruña (361)Aínda que os pisos turísticos están a expandirse por toda Galicia, os concellos do litoral e as sete cidades seguen a ser as zonas de maior concentración destes establecementos. Sanxenxo (1.716) é a localidade cun maior número de vivendas de uso turístico, sumando 8.622 prazas.A continuación aparecen Compostela (641), Vigo (373) e A Coruña (361). E a seguir sitúanse unha serie de vilas costeiras de importante actividade turística, principalmente no verán: O Grove (310), Foz (281), Barreiros (280), Cangas (269), Poio (229), Carnota (207), Fisterra (206), Bueu (174) e Baiona (159). Ourense (150) e Pontevedra (145) son as seguintes cidades na listaOurense (+85%) e Vigo (+59%) foron os lugares nos que máis se incrementou o número de pisos turísticos durante o último anoDurante o último ano todos os concellos incrementaron de forma importante o seu número de pisos turísticos rexistrados de forma legal. Porén, nalgunhas localidades o aumento foi moito máis destacado. Foi o caso da cidade de Ourense, onde creceron un 85%, ou de Vigo, cun ascenso do 59%. O aumento foi grande especialmente nas cidades, con Pontevedra e A Coruña por riba do 40% e Lugo cun incremento do 57%, unido á escalada que se segue a producir en Compostela (+32%).Con todo, tamén vilas como Baiona (+51%), Boiro (+44%), Ribadeo (+44%), Muros (+37%), Vilagarcía (+37%) ou Fisterra (+35%) rexistraron un ascenso por riba da media galega.
NOS_8959
Nas "III Xornadas das artes escénicas: o teatro como servizo público" o sector reclamou o apoio por parte das institucións e unha reformulación das actuais políticas culturais.
O sector das artes escénicas, agrupado ao redor de Escena Galega, celebrou hoxe no Consello da Cultura Galega unha xornada para analizar a situación do sector como sector público. Por terceiro ano a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas reuniu en mesas de debate persoas expertas na materia. Nesta edición abriron a xornada Pilar García Negro, María Xosé Porteiro e Miguel Martín Fernández, coa moderación a cargo de Inma López. A educación e a identidade cultural centraron a intervención de García Negro, que sinalou que "as destrezas escolares básicas en lingua e literatura naufragan no imperio da televisión e internet". Para a profesora da UdC é preciso un decálogo de prioridades na xestión cultural pública. "As partidas destinadas á cultura non son un gasto, son un investimento a longo prazo, a prol da lingua, dun tecido empresarial e dunha cultura de noso". Rematou a súa intervención apuntando que "o teatro se ten un tempo e unha identidade, se ten lingua, polo que hai que supeditar todo euro público teatral á programación de compañías, grupos e obras galegas". María Xosé Porteiro tratou a importancia dunha proxección internacional do teatro galego promovida desde as institucións. "Hai públicos pendentes de ser cultivados, mentres que temos unha nómina de autores e autoras, directores e directoras, e actores e actrices que teñen o dereito de estar onde hai públicos interesados". A súa experiencia en Arxentina saíu cando asegurou que "A cultura deber formar parte da nosa política exterior, a diplomacia cultural sempre é unha das que mellor funciona". Miguel Martín, primeiro director de Agadic, non estivo de acordo en que o teatro fose tratado como un "servizo público". Na súa opinión iso é unha decisión política ou que demanda a sociedade". Falou dos dous modelos de xestión, o socialdemócrata e o liberal, e afirmou sentirse máis achegado ao modelo neoliberal, "onde o protagonismo recae na sociedade civil e a intervención pública se concreta na opción de apoiar". "Desleixo" das institucións Esta xornada serviu tamén para dar o toque de atención ao poder político. Salvador del Río, presidente de Escena Galega, foi moi claro nas palabras que abriron esta xornada. "Imos analizar a desleixo nas súas funcións de determinadas administracións que teñen a palabra cultura na súa denominación, se serven para os obxectivos para os que foron creadas ou non", afirmou. "Nós cremos que deben seguir existindo e apoiando eses fins para os que se constituíron", engadiu. O obxectivo final das xornadas, como explicou Del Río, "é tirar unhas conclusións sobre a concepción do teatro como un servizo público que sirvan de folla de ruta para o seu futuro". A xornada rematou cunha mesa en que participaron Xosé Manuel Pazos Varela, autor, tradutor e dramaturgo, membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro, Manuel Xestoso González, xornalista, editor, tradutor e crítico literario e teatral, moderados pola xornalista Ana Romaní.
NOS_41239
Inés Rey, candidata do PSOE, será a próxima alcaldesa da Coruña. Logra nove actas e fica a apenas 300 votos do PP. A Marea Atlántica de Xulio Ferreiro retrocede das dez que lle deran o bastón de mando en 2015 a seis. O BNG sobe de un a dous edís e Ciudadanos estréase en María Pita cunha acta.
Co 98,65% do voto escrutado, o PP impúxose por apenas 300 votos. Mais o PSOE foi o triunfador da noite na Coruña, con nove actas, tres máis que en 2015, cando obtivera o 18,34% dos votos. O PP baixa dos dez aos nove edís e do 30,89 aos 30,28% dos apoios. A continuación sitúase a Marea Atlántica. O partido encabezado polo actual alcalde, Xulio Ferreiro cae desde o 30,89% dos apoios e dos dez edís a seis, mentres que o BNG sobe do 5,71% de apoios ao 7,2% e de un a dous representantes. Logra entrar no salón de plenos en María Pita a candidata de Ciudadanos ao chegar ao 5,7% dos votos. En 2015, a formación laranxa acadara o 4,89% e ningunha acta. Con estes resultados, Inés Rey, candidata do PSOE, será probabelmente a alcaldesa da cidade, xa que o bloque das esquerdas suma 17 cadeiras fronte ás dez da dereita. A Coruña municipais 2019 Infogram A Coruña municipais 2019 Infogram
NOS_7579
Atende un informe do CSIC e da U-Vigo que sinala que a vella mina de Corcoesto duplicou os niveis de arsénico na auga sen ser a ceo aberto nin usar cianuro. Esta investigación non foi considerada pola Xunta á hora de outorgar a declaración de impacto ambiental favorábel. A plataforma 'Salvemos Cabana' exixe que esta sexa anulada "de inmediato"
A Defensora del pueblo, Soledad Becerril, iniciou unha investigación de oficio ao redor da mina a ceo aberto que a empresa de capital canadense Edgewater proxecta explotar nos montes de Corcoesto, afectando os concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco. A empresa recibiu xa 350.000 euros en subvencións concedidas polo Goberno español. Segundo puido saber Sermos Galiza, na misiva que transladou á consellaría do Medio Ambiente, Becerril ampárase no informe realizado polo Instituto de investigacións mariñas do CSIC e a Universidade de Vigo, onde se demostra que a antiga mina de ouro que había nesta mesma zona de Bergantiños fixo duplicar a cantidade de arsénico presente nas augas do río Anllóns, até chegar á metade do límite aceptábel para o consumo das persoas. A investigación fai referencia a unha explotación mineira a pequena escala e que nin empregaba o cianuro para separar o ouro das rochas nin era a ceo aberto, senón que a extracción se practicaba mediante un sistema de galerías soterradas. Por contra, o plan de Edgewater pasa por explotar 774 hectáreas de mina a ceo aberto --o equivalente a 774 campos de fútbol-- e 100 mil toneladas anuais de estériles de mina tratados con cianuro, sosa cáustica e ácido clorhídrico. A Xunta non ouve as queixas e fai seus os argumentos da empresa A investigación do CSIC e da U-Vigo non foi tomada en consideración á hora de conceder a declaración de impacto ambiental favorábel, emitida polo departamento que dirixe Agustín Hernández o 14 de decembro de 2012, asumindo como propios os argumentos de Edgewater. Porén, a comparación entre a vella mina e o proxecto da empresa canadense xustifica, ao entender de Becerril, "a preocupación que hai na zona", polo que emprendeu pesquisas de oficio para coñecer o verdadeiro alcance que tería a explotación de Edgewater, contestada polos colectivos ecoloxistas e pola veciñanza organizada nos colectivos Plataforma pola defensa de Corcoesto e Salvemos Cabana. Esta última vén de reclamar a anulación "inmediata" da declaración de impacto ambiental positiva que lle deu á empresa e que proceda a realizar "medicións exhaustivas" sobre os niveis de arsénico presentes hoxe no esteiro do Anllóns, onde a diario se practica o marisqueo. Reclaman tamén información sobre o impacto nas explotacións agrogandeiras e na calidade do leite na área de influencia da antiga explotación mineira.
NOS_49340
"É preocupante", dixo o comisario europeo de Economía, Paolo Gentiloni, malia os "progresos" na maioría dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.
A Unión Europea rexistrou nos últimos cinco anos "progresos" na maioría dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) das Nacións Unidas, mais estancouse en medidas relativas á loita contra o cambio climático e afastouse das metas en materia de igualdade entre sexos. "É preocupante", dixo o comisario europeo de Economía, Paolo Gentiloni, na conferencia de prensa de presentación onte do informe sobre estes obxectivos elaborado por Eurostat, estudo que mide o avance da UE en conxunto nos 17 ODS mais sen atribuír valor numérico aos resultados. A respecto da desigualdade entre sexos sinalou que "as mulleres teñen menos posibilidades que os homes de ser contratadas. Facerse cargo de responsabilidades (domésticas) é a principal razón pola que as mulleres non forman parte da forza de traballo". En positivo salientou que a representación feminina nos parlamentos nacionais avanzou de 20% en 2000 a 32,1% en 2019, mais "claramente hai un longo camiño que percorrer" e chamou a analizar se a porcentaxe de mulleres desempregadas por facer traballos domésticos, que aumenta, vai crecer aínda máis por causa do confinamento. A respecto da acción climática, Gentiloni afirmou que se fixeran "progresos nalgunhas áreas", mais que "aínda hai desafíos". "A UE xa alcanzou o seu obxectivo de reducir as emisións contaminantes 30 % para 2020 e as proxeccións indican que tamén se cumprirá o obxectivo para 2030", apuntou o comisario. Con todo, a temperatura "na superficie da UE entre 2009 e 2018 foi 1,6 grados centígrados superior aos valores preindustriais, cun incremento de 0,2% sobre a década precedente". Progresos cara a 2030 Adoptados en 2015 polos Estados membros da ONU, os ODS da Axenda 2030 son unha serie de metas por áreas para pór fin á pobreza, protexer o planeta e garantir que todas as persoas gocen de paz e prosperidade para o final da presente década. Pese aos resultados en cambio climático e igualdade de xénero, dous dos buques insignia da Comisión Europea, Gentiloni celebrou o progreso na maioría dos indicadores no conxunto da UE, tales como o descenso do crime, a pobreza, melloras sanitarias ou crecemento económico, algo que ─segundo considera─ favorece que "estea nunha mellor posición para facer fronte á actual crise sanitaria e económica".
NOS_54175
Trinta anos e 213 filmes para disfrutar do 8 ao 27 de novembro, no que é o festival de cinema máis popular do país. Un deles é 'Mimosas', do galego Oliver Laxe, dentro da Sección Oficial.
O festival de cine Cineuropa celebra neste 2016 a súa triséxima edición do 8 ao 27 de novembro. Nela, poderemos ver un total de 213 filmes dos cales 30 competirán na Sección Oficial polo Premio do Público. Este ano, ademais, o festival entregará tres Premios: un especial ao cineasta Carlos Saura e outros dous galardóns á actriz Lola Dueñas e ao exdirector da Filmoteca Española, José María Prado. Máis de 15 seccións, coloquios con cineastas, encontros co público, clases maxistrais… completan unha edición de celebración na que o festival chega aos 30 anos. As actividades celebraranse no Teatro Principal, Salón Teatro, Centro Galego de Arte Contemporáneo, Afundación, Auditorio de Galicia e este ano tamén, como novidade, no Numax. A programación completa pode consultarse xa en cineuropa.gal e as entradas e abonos estarán á venta a partir do luns 7. O festival inaugurarase o martes 8 no Teatro Principal ás 20.30 h co filme 'El ciudadano ilustre', premio ao mellor actor en Venecia e Espiga de Prata na Seminci de Valladolid. 30 filmes na Sección Oficial Olivier Assayas, Marco Bellocchio, François Ozon, Xavier Dolan, Bertrand Bonello, Joao Pedro Rodrigues, Ulrich Seidl, Bruno Dumont, Cristi Puiu e Alain Guiraudie, son os principais nomes propios dun cartel de luxo polo que pasarán os grandes autores europeos en liza. A isto, temos que engadir outros dous nomes destacados na Sección Oficial: o galego Oliver Laxe e o catalán Albert Serra. Son os dous premios Cineuropa mais novos e acompañarannos de novo na cidade para presentar as súas novas fitas tras o seu paso por Cannes. Oliver Laxe estreará en Galiza 'Mimosas', gañadora no festival francés da Semana da Crítica, e Albert Serra amosaranos o seu 'La mort de Luis XIV'. Panorama Internacional Na sección Panorama Internacional estrearanse os novos filmes do norteamericano Paul Schrader, e terán aos coreanos Park Chan-wook e Hong-Sang Soo, ao iraniano Asghar Farhadi e o brasileiro Klever Mendonça. Ademais, inclúese nesta sección dous dos filmes máis controvertidos da temporada: 'The Neon Demon' de Nicolas Winding Refn e a adaptación do relato de Javier Marías 'Mientras ellas duermen' por Wayne Wang. As seccións deste ano serán, ademais da Sección Oficial e o Panorama Internacional, Fantastique Compostela; Docs Cineuropa; Docs-Music: a invasión británica dos 60; Latido Americano; Cine e Tupamaros: da loita armada á presidencia; vinte aniversario dos premios María Casares; O Polar: a idade de xeo do cinema negro francés; Das musas ao teatro: cinema sen apuntador; Marcello, vinte anos despois; Cinefilias: Cult Movies; Panorama Audiovisual Galego; Premios Cineuropa; Programa especial RFG; Maratón; Curtas; Cinema en Curso; e Actividades Paralelas. Dentro delas podemos destacar a presenza de cineastas que asistirán a Cineuropa para presentar ao publico as súas fitas: a francesa Pascale Breton, o arxentino Eugenio Canevari e os españois Alberto Morais e Adolfo Dufour. Destaca dentro do programa un extenso ciclo dedicado ao polar, 'O Polar; a idade de xeo do cine francés', que revela como a maior parte do cine negro francés permanece sorprendentemente inédito no Estado español, baixo o peso da ditadura franquista que o consideraba anormal. Tamén destacamos o ciclo 'Tupamaros: da loita armada á presidencia' que analiza o máis descoñecido dos movementos de Resistencia e represión das ditaduras do Cono Sur e estrea no Estado filmes como 'Tupamaros' ou 'Mujica, el presidente'. E no ciclo 'Latido americano' estrearase na Penínsul traballos como o documental 'Ayotzinapa. Crónica de un crimen de estado'.
NOS_28635
No noso país, áchanse situadas 13 das 16 áreas de produción de moluscos bivalvos co nível máis alto de contaminación fecal, pondo de relevo o fracaso da política medioambiental da Xunta.
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente vén de ratificar o precario estado de saúde das rías galegas. Segundo a orde publicada recentemente polo departamento de Arias Cañete que actualiza unha anterior de 2011, Galiza acapara máis de 80% das zonas C de todo o Estado, en concreto, 13 das 16 que existen na actualidade. Só outros dous territorios, Euskadi, con dúas, e Cantabria, cunha, teñen áreas de produción de moluscos bivalvos cunha clasificación que reflicte o nivel máis alto de contaminación fecal e que impide a comercialización dos seus productos sen se submeter antes a un proceso de reinstalación en augas limpas. O documento recolle tamén outro aspecto significativo que debería sacarlle as cores ás Consellarías e Ministerios con competencias en materia de saneamento, como é que aínda existe unha zona D ou de exclusión -nestas está prohibido mesmo apañar o marisco porque pode ser constitutivo de delicto contra a saúde pública e ter consecuencias penais-, a enseada de Caranza, na ría de Ferrol. É, de feito, a única que queda no Estado logo da reclasificación do esteiro do río Miñor, en Baiona, en xaneiro deste ano. Precisamente as deficiencias en materia de saneamento propiciaron a visita dunha delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ás rías de Vigo, O Burgo e Ferrol o pasado mes de febreiro, após recibiren un feixe de denuncias de entidades, asociacións ecoloxistas e confrarías de pescadores sobre a elevada contaminación microbiolóxica que presentaban estes espazos. A viaxe fora adiada en abril de 2012 a petición do Partido Popular, circunstancia que permitiu aos gobernos autonómico e español gañar tempo e impulsar unha serie de actuacións que alicerzaron o seu argumentario perante os parlamentarios europeos: os "importantes pasos" e os "elevados investimentos" que se tiñan dado nos últimos tempos para seica encauzar o problema. Esta opinión que tan teimosamente defendeu o presidente da delegación, o conservador francés Philippe Boulland, nas sesións da Comisión de Peticións que seguiron á visita a Galiza contrasta coas manifestacións que os outros dous membros da delegación oficial -Angelica Werthmann, do grupo liberal ALDE, e Tatjana Zdanoka, dos Verdes/ALE- fixeron in situ. E é que as visitas ás rías de Ferrol e O Burgo coincidiron coa baixamar, cando mellor se poden apreciar os efectos da contaminación fecal, circunstancia que deu orixe a comentarios ben clarificadores sobre o "lamentábel aspecto das praias de area negra", como así se referiu unha das parlamentarias ás ribeiras das rías. Seis meses despois, a comitiva de eurodeputados non foi quen aínda de consensuar un ditame da visita, debido, principalmente, á oposición do sector "popular", ao que pertence non só Boulland, senón tamén outros destacados membros do PP español, como o pontevedrés Francisco Millán Mon ou o vasco Carlos Iturgáiz, ao informe elaborado por Werthmann e Zdanoka, no que plasman xa non as razóns das entidades que reclamaron a súa presenza, senón o que viron cos seus propios ollos. O Partido Popular Europeo négase, porén, a que no documento figure a visita á enseada da Gándara, na ría de Ferrol, escudándose nun suposto acordo verbal decorrente do feito de que esa denuncia non cumprira no momento da visita todo o proceso de tramitación, o que impedía que figurase no programa oficial. Pero a realidade é incontornábel e, mentres se cociña o devandito informe, a orde do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente recolle os datos que os mem-bros conservadores da Comisión de Peticións queren agochar amparándose en formalismos e dándolle as costas á propia realidade. Galiza, malia a inxente cantidade de fondos europeos recibidos desde os anos 90 para acometer o saneamento das rías e a construción dos sistemas de depuración de augas residuais que deberían estar rematados hai máis dunha década, ten 13 zonas C estábeis –ás que hai que engadir as outras catro que o son durante unha parte do ano-, isto é, 16% do total das súas zonas de produción de moluscos bivalvos (80). Andalucía, con 56, non ten ninguna, como tampouco teñen Catalunya (25), Comunitat Valenciana (27) ou outras máis pequenas como as Illes Balears e Murcia, que, ademais, contan por zonas A as súas cativas áreas de produción. Esta insuficiente rede de saneamento carrexa non só consecuencias estéticas, como un cheiro insoportábel nesas zonas cinguidas a paseos marítimos ou flamantes infraestruturas culturais -eis o caso da única zona de exclusión do Estado-, senón que mingua as posibilidades económicas dunha actividade tan importante para o país como é o marisqueo. Tanto é así que Galiza sae perdendo na comparación con outros territorios nos que o sector pesqueiro é mesmo testemuñal, mais a consciencia colectiva sobre a relevancia que unhas augas limpas ten para un dos seus motores económicos -o turismo- levou ás institucións daquelas autonomías a resolver o problema. Nas Illes Balears, por exemplo, a cifra de negocio do marisqueo non chega aos 500.000 euros anuais, mentres que na Rexión de Murcia todo o sector pesqueiro xera uns 13 millóns. Pola contra, no ano 2009, as 4.000 galegas e galegos que viven só do marisqueo venderon nas lonxas 9.000 toneladas das diversas especies por un valor superior a 68 millóns. Neste caso, a diferenza do que acontece noutras latitudes, a importancia económica e social dunha actividade produtiva semella non ir parella ao lóxico, pero inexistente interese institucional por protexela e fomentala. Como se clasifican as zonas de produción As zonas de produción de moluscos bivalvos clasifícanse, seguindo o mandato de dous regulamentos europeos de 2004, en función da calidade microbiolóxica das súas augas. Para medila emprégase un indicador, a concentración da bacteria E.coli en 100 gramos de vianda, que revela o grao de contaminación fecal deses espazos. En principio, esta bacteria non é patóxena e a súa resistencia no medio mariño é efémera, mais pode estar acompañada doutras que son menos inocuas, polo que a súa presenza sinala a existencia dunha fonte de contaminación próxima no espazo e no tempo, como a salmonella. Así, considérase unha zona A aquela que ten unha concentración de menos de 230 E.coli por 100 gramos de carne. O seu marisco pode venderse directamente ao consumidor. As que posúen entre 230 e 4.600 son zonas B e, antes de poder saír ao mercado, os moluscos han de pasar por depuradora ou reinstalarse en augas limpas. Finalmente, o marisco das zonas C ten entre 4.600 e 46.000 E. coli e só pode poñerse á venda se reduce a niveis de zona A a súa carga microbiana. Para conseguilo só se pode someter a un proceso de depuración natural como os que existen desde finais de 2011 en Ferrol e Aldán. Finalmente, nas augas con máis de 46.000 E.coli non pode extraerse marisco. A meirante parte das zonas C localízanse nas Rías Altas. Unha gasolineira flotante para a Ría de Ferrol que se desbota en Gibraltar Unha nova ameaza medioambiental a unhas augas xa moi castigadas que foi aprobada con todo sixilo polo Consello de Administración da Autoridade Portuaria e que conta coa oposición da Confraría de Pescadores. As represalias que o Partido Popular anuncia nos seus pulsos cos executivos doutros Estados adoitan desvelar flagrantes contradicións na súa acción de goberno. Hai ano e medio, en pleno conflito con Arxentina pola expropiación de 51% de YPF, a vicepresidenta Sáenz de Santamaría avanzara a publicación dunha orde de asignación de cotas ao biodié- sel "doméstico" que poría freo ás importacións masivas dese país e daría cumprimento a unha demanda que o sector viña reclamando desde dous anos atrás para garantir a súa continuidade. A medida motivou daquela unha queixa formal de Arxentina ante a Organización Mundial do Comercio que provocou a paralización do proceso e a súa apertu- ra a empresas non españolas, incluídas as arxentinas. Desta volta, o conflito co Reino Unido por Gibraltar volve destapar a improvisación e a incoherencia do Goberno español. A semana pasada, o ministro Arias Cañete anunciaba o endurecemento das sancións ás chamadas gasolineras flotantes ou "bunkering" que operan en Gibraltar -subministro de combustíbel de barco a barco en alta mar- ao tempo que xustificaba o inicio das operacións dunha gabarra da petroleira Cepsa, a "Monte Arucas", no porto de Ferrol -tamén afectará o da Coruña- para facilitar a repostaxe en fondeo dos mercantes que transitan polo corredor marítimo fisterrán. Todas as forzas políticas e sociais, agás o PP, expresaron xa o seu rexeitamento á posta en marcha deste servizo que foi aprobado, con moito sixilo, polo consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao o pasado 13 de xuño, co respaldo dos representantes da Xunta e do concello de Ferrol. A confraría de pescadores local non foi informada de tal acordo e asegurou que se mobilizaría se o organismo non atendía as súas demandas, que se basean en pedir a continuidade do protocolo que se viña empregando até o de agora para este tipo de operacións, isto é, a transferencia do combustíbel aos buques amarrados en dique. O Porto convidou ao patrón maior do pósito, Rubén Ferrer, e outros membros da xunta xeral a visitar o buque, elixido, explica Cepsa, pola Axencia Europea de Seguridade Marítima como buque anticontaminación no noroeste, co obxecto de provocar un cambio de opinión que non acaba de chegar e que, en todo caso, estará sometido á asamblea xeral do pósito que se celebrará nas vindeiras horas. Malia as protestas, o Porto segue a defender os "efectos positivos que a regulación deste servizo terá sobre a seguridade e o medio-ambiente" así como os "beneficios á economía comarcal", como, sostén, "a presenza dun buque anticontaminación punteiro a nivel mundial con base en Ferrol, efectos sinérxicos sobre a carteira de reparacións do sector naval e efectos económicos sobre a industria loxística". Insiste ademais en que un dos fac- tores que distingue "os principais portos, tanto en Europa como en Norteamérica e Asia, é a posibilidade de que os buques carguen combustible". Con todas as cartas enriba da mesa, o "Monte Arucas" permanece amarrado na ría de Ferrol sen ter realizado aínda a primeira operación de trasvase de combustible en alta mar. Esta reportaxe a dupla páxina apareceu no Sermos61, publicado a 22 de agosto de 2013
NOS_31924
A organización Galiza Nova alerta das dificultades que enfronta quen trata de asinar un contrato de aluguer en Compostela. Sinalan a masificación turística e a xentrificación como as principais causas e reclaman medidas para combatelas.
"Cada vez máis das nosas amigas, persoas coñecidas e nós mesmos atopamos problemas para vivir perto do centro. Xa non podemos pagar o que hai cinco ou seis anos, cando chegamos a Compostela, si podiamos", explica o portavoz comarcal de Galiza Nova en Santiago, Manuel Magán. Así naceu a idea da campaña "Aínda vivo aquí", que se desenvolverá ao longo do mes de outubro. Nela denuncian desde Compostela a expulsión dos centros urbanos derivada do turismo e da xentrificación. Desde a organización analizaron as novas dos xornais galegos que en agosto recollían a suba dos prezos do alugueiro, "ao redor do 16% en Compostela", a cantidade de pisos baleiros en Compostela, "case 10.000", ou o incremento da chegada de peregrinas nos meses estivais. O seu impacto na cidade non só afectou a poboación, senón tamén a paisaxe urbana. "Facendo lembranza, neste tempo tan breve moitas tendas que antes vendían artigos do día a día transformáronse en lavandarías automáticas, máquinas expendedoras de comida ou tendas de recordos", engade. Hai quen directamente só quere alugar a turistas Prexuízos á hora de asinar o alugueiro Magán sinala os prexuízos cada vez máis numerosos que enfronta a xuventude á hora de asinar un contrato de arrendamento. "Hai quen non quere alugar a xente de menos de vinte anos, quen non quere alugar persoas cun traballo precario, quen só aluga a rapazas ou só a rapaces ou quen directamente só quere alugar a turistas", di. Outras medidas, como solicitar tres meses de fianza por adiantado, constitúen unha forte barreira económica para a xente nova, "a barreira de clase". Galiza Nova repartirá a vindeira terza feira folletos informativos na praza Roxa. Tamén bandeirolas co lema da campaña, "Aínda vivo aquí", que convidarán a pendurar a veciñanza nas casas para amosar o seu rexeitamento "á expulsión da súa propia cidade". A maiores organizará unha mesa redonda a quinta 24 no CSC O Ensanche. "Participarán asociacións ou arquitectos para falar e dar recoñecemento ás distintas problemáticas", di Magán. Ademais, reclaman medidas para paliar esta situación. O portavoz comarcal de Santiago explica que escolleron a urbe como punto de partida da campaña, "non tanto porque a suba do alugueiro sexa maior que noutras cidades, senón porque proporcionalmente a masificación turística que recibe é maior e a comunidade de estudantes máis ampla". Avanza que desde a organización desexan colaborar con outros colectivos que xa traballan as problemáticas da turistificación e a xentrificación e "estender a campaña a toda Galiza".
NOS_15246
O persoal de factorías como Alcoa San Cibrao agardan que a aprobación por parte do Consello de Ministros sexa agora en breve.
A Comisión Europea deu o seu visto e prace ao estatuto electrointensivo proposto polo Goberno español e abre así a porta á aprobación deste documento polo Executivo. Fontes do comité de Alcoa San Cibrao mostraron a súa confianza en que en breve ese estatuto sexa unha realidade. O pasado mes de xaneiro a ministra de Industria, Reyes Maroto, lembraba que as políticas a respecto da enerxía e dos prezos debían de ter en conta o marco de axudas europeo establecido por Bruxelas para poder o estatuto ser aprobado con todas as garantías. Este estatuto é para traballadoras e traballadores das industrias grandes consumidoras de enerxía, e que na Galiza representa por volta de 5.000 empregos, o elemento chave para superar a crise que atravesa o sector.