ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_55447 | O Consello da Cultura Galega lanza A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos: Galicia e outros exemplos. A publicación está coordinada por Carlos Nárdiz. | Presas, encoros e ríos ocupan unha parte importante do territorio galego. Ao seu carón emerxeu un vizoso patrimonio que forma parte do imaxinario cotián, non sempre ben recoñecido. Sobre ese patrimonio cultural formado por muíños, lavadoiros, batalláns e demais exemplos deste tipo de bens afonda a última publicación do Consello da Cultura Galega (CCG): A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos: Galicia e outros exemplos. A publicación está coordinada por Carlos Nárdiz xa se pode descargar desde o web da institución. A publicación recolle unha serie de relatorios que ofrecen unha nova ollada sobre o territorio a partir de diferentes experiencias relacionadas cos espazos naturais e a súa conexión por corredores fluviais e infraestruturas verdes. O texto divídese en dúas partes. A primeira céntrase no patrimonio cultural e na paisaxe dos ríos. Diferentes artigos achéganse ao caso de experiencias de explotación e xestión patrimonial das ribeiras dos ríos Texo en Estremadura, Tyne en Newcastle e mais o caso da zona de Segovia e Valladolid. A segunda parte pretende pór en valor o patrimonio cultural dos ríos da Galiza. Comeza coa difusión do traballo de inventariado feito por Augas da Galiza e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil máis cinco relatorios que amosan as diferentes realidades ao longo do territorio galego. Esta publicación bebe dunha xornada homónima desenvolvida en 2018. Non é a primeira vez que o CCG pon o foco nestes asuntos, xa que segue o ronsel doutra cita de 2014 que se titulou "Patrimonio cultural e obras públicas". |
NOS_4789 | O Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra vén de publicar unha primeira listaxe das farmacias que colaborarán a partir desta segunda feira co Sergas na realización de cribados. | O Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra vén de facer pública unha listaxe das farmacias da área sanitaria de Pontevedra que colaborarán a partir desta segunda feira na realización de cribados do Sergas mediante a recollida de mostras de saliva para a súa análise PCR co obxectivo de detectar casos asintomáticos. A presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo, aclarou que se trata dunha listaxe provisional xa que se poden ir sumando máis farmacias. Proxecto innovador Trátase dun proxecto innovador no territorio galego, mais o conselleiro de Sanidade adiantou que espera que se poida levar a cabo no resto das áreas sanitarias da Galiza coa colaboración dos colexios de farmacéuticos, aos que trasladou a vontade de que se sumen á iniciativa. A recollida de mostras en farmacias iniciarase pola poboación de entre 40 e 65 anos da provincia, aínda que os colectivos poderán ir cambiando en función dúas obxectivos dás autoridades sanitarias. Requisitos para participar no cribado Neste cribado non pode participar toda a poboación. Así, entre outros requisitos, a persoa participante non pode dar positivo non últimos tres meses, atoparse illado por ser contacto estreito con contaxiado ou facerse unha PCR nos último 15 días. |
PRAZA_3220 | De Rosa Aneiros a Alba Mancebo, pasando por Dhaunae de Vir ou Roberto Rivas. Xa se poden ver os vídeos das oito charlas que formaron parte da edición 2019 do LGx15, a iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización que achega argumentos e consellos para influír positivamente sobre o uso e prestixio do idioma galego | As LGx15 son charlas breves, dun máximo de 15 minutos cada unha, nas que se transmite de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír positivamente sobre o uso e prestixio da lingua galega, nunha iniciativa impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). O proxecto tivo a súa primeira edición no ano 2015 e chegou xa á súa quinta xeira, publicando posteriormente na rede os vídeos das distintas intervencións.Rosa Aneiros, Suso López, Alba Rodríguez Carrera, Xoana, Alba Mancebo, Emilio del Río, Dhaunae de Vir e Roberto Rivas falaron de lingua, cine, redes, conciencia, autoestima, música, transmedia ou medicinaO pasado 9 de novembro o Auditorio Constante Liste da Ramallosa, en Teo, acolleu a quinta edición do LGx15, contando coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Teo. Ese día Rosa Aneiros, Suso López, Alba Rodríguez Carrera, Xoana, Alba Mancebo, Emilio del Río, Dhaunae de Vir e Roberto Rivas falaron de lingua, cine, redes, conciencia, autoestima, música, transmedia ou medicina, nunha gala presentada e amenizada por Os da Ría Íntimos, é dicir, por Arturito Puy e Fabián Santomé acompañados por Suso Pián, que ofreceron o seu particular humor e algúns dos seus xites máis coñecidos.Dende esta semana poden verse xa en youtube os vídeos das oito intervencións, oito charlas de entre 11 e 17 minutos que compilan ideas, experiencias e recomendacións que poden mellorar o futuro da lingua.As oito charlasRosa Aneiros (escritora e xornalista) prometeu non falar de lingua, senón de bicicletas, e de como os pequenos da casa aprenderon a andar nelas. A súa intervención titúlase O que entendín cando aprendestes a andar en bicicleta e fala, si, de medios de comunicación. Suso López (produtor de cine) veu con máis preguntas ca respostas, mais trouxo canda el experiencias felices, proxectos futuros e necesidades que cómpre atender no ámbito do cinema. Contóunolo todo en O emprego da lingua nun proxecto de cine independente.Unha data é o título da charla de Alba Rodríguez Carrera (traballadora e estudante): o 01/01/2019 e todo o que viviu Alba desde ese día son a mostra de que é posible pasar a ser galegofalante con realismo, moita consciencia e amor pola lingua.Dhaunae de Vir (especialista en transmedia) explicounos en que consiste iso do transmedia en Que foi do galego nos videoxogos e no transmedia. De moito interese son a analoxía feita coa tradición oral e as propostas que achegou para que linguas coma o galego sexan capaces de estar presentes neste novo escenario multimedia.Xoana (cantante) sabe de prexuízos e do limitantes que resultan, pero desde a súa faceta musical quere contribuír a mudar isto. Un día dixo Mamá, papá, quero ser cantante e xa ten un disco, Dardos, para facernos espertar consciencias e mostrar que o galego é válido para calquera estilo.Alba Mancebo (xornalista e responsable de contidos web da CRTVG) chegou para falar de dous temas que axudan a dar vitalidade á lingua: os trazos dialectais e a necesidade de falar na rede de galego, en galego e de calquera tema. A súa proposta é A importancia de contar historias en galego na rede, e con ela anímanos a crear unha comunidade forte nos medios dixitais.Emilio del Río (médico dermatólogo) apuntou na charla A lingua é a nosa pel ideas de moito interese, propostas que sobardan a cuestión lingüística e dotadas dunha forte compoñente social. Mesmo se aventurou a predicir como será o galego do futuro…Roberto Rivas (aprendiz da vida, como el se define) trasladounos a importancia de traballar colectivamente a favor da lingua. Todo cambia é o título da súa intervención e a súa charla vai da paixón por se achegar á lingua, por ir ás raíces da cultura en contacto coa xente que a sostén. |
NOS_52771 | Un ano máis o torreiro amenceu ateigado de xente. Xornalistas, crític@s de cine, actrices e actores, director@s, técnic@s, espectador@s e veciñ@s fusiónanse en Cans. | Por onde comezar cando se fala do festival de Cans… polas curtas, polos documentais, polos premios, pola música ou pola súa xente, pola troula ou polos coloquios na leira… polo principio ou polo final? Acabo de chegar do festival, no torreiro de Cans quedaba Dj Lagartija pinchando para os que viñan de mover o esquelete ao ritmo dos recuperados Aerolíneas Federales. O torreiro estaba ateigado. Nin as ameazas das borrascas puideron c@s asídu@s a Cans. Alí estaban todas as persoas e máis que virán cando para a vindeira edición celebren o seu décimo aniversario. Éxito rotundo, un ano máis, deste festival transxeracional que fai do audiovisual unha festa ou que fai festa co audiovisual. O caso é que o Festival de Cans consegue achegar as novas creacións, os videoclips, os documentais, as curtas e a música a un público moi diverso que, aínda que so sexa unha vez ao ano, toma conciencia do importante que é para as nosas vidas a industria audiovisual. Unha industria que fabrica soños, produtos que conmoven, que entreteñen, unha industria capaz de facernos rir ou de manternos informad@s… en definitiva unha industria que xera milleiros de postos de traballo e que ve como se restan os apoios á súa materia prima: a creatividade, as ideas, ou o que noutros sectores sería o I+D+I.Con todo, o Festival de Cans faise forte fronte á adversidade e sorpréndenos brindando novas oportunidades para creador@s e ofrecendo seccións como a de webseries que se suma á das curtas e á dos documentais.O Festival de Cans prolóngase e recréase durante catro días nun ir e vir frenético que propón a quen participar un tour completo, un pack de vacacións en que manterse activa e participativa as vintecatro horas. Até custa memorizar o programa.O sábado de Cans amencía ás 09:30 horas cun roteiro de sendeirismo para dar paso a un coloquio na leira con Isabel Coixet que logo colocaría a súa estrela no Torreiro das Estrelas; chegado este punto xa apetecía a sesión vermouth coa banda municipal de Rendondela e xa case sen dar tempo a xantar na de Dani ou na de Fortes ou na de Moncho, comezou a procesión de chimpíns para que Chete Lera colocase a súa estrela e comezasen as proxeccións da sección oficial. Á mesma hora Manolo Rivas e Kiko da Silva estaban na sala multiusos e no jalpón Fri Galegos no espazo exterior. Entrementres, outras persoas gozaban da actuación de Sés no Cans Voulevar e outras participaban na sección de curtas documentais. Mais para quen preferiu a música no Jaliñeiro Unplugged tiña a Anxo Pintos e Serxio Ces. É xa a hora das web series e logo a da sección Friki ao tempo que Habelas Hailas actúa no Cans Voulevar. Mullet sucedeu a Anxo Pintos no Jaliñeiro Unplugged e Celso Bugallo colocou a súa estrela no Torreiro das Estrelas para dar paso a Mabel Rivera despois da proxeccións dos traballos do Cans Campus e do Fantabuloso cine ambulante dos irmáns Lumieira. Ás doce da noite xa tocaba entregar chimpíns de prata e pedigríes para pechar a novena edición do Festival de Cans coas actuacións de Aerolíneas Federais, Dj Lagartija e Dj Crebinsky.Decátanse agora por qué falaba de ritmo trepidante e frenético?Así é Cans, así é o seu festival, un festival que acolleu a proxección de Tralas Luces e a de Engurras, un avance da Caravana Vilamor, a estrea de Galicia Caníbal, Efecto Ría e a de Personal Movie mais tamén a actuación de Xoel López, O Sonoro Maxín, Dj Risco no Disco, Germán Coppini e a da Banda Crebinsky.Un festival para o que habería que editar un dicionario propio: jaliñeiro unplugged, jalpón fri, chimpibús, Cans Voulevar…Un festival capaz de reinventar e reciclar a N-120 convertíndoa nun escenario de exaltación da música e da artesanía.Un festival en que tamén aproveitaron para darse cita @s tuiteir@s nun segundo #saraogalego2.E todo isto sen deixar de desfilar chimpíns e sen deixar de gozar das actuacións das pandereteiras da parroquia e dos coloquios na leira. Tamén houbo, por segundo ano consecutivo, a presentación do xornal oficial do festival, o Canzine e a presentación da dixitalización da revista O Tranvía.O Festival de Cans non esquece os seus e non dubida en premiar, cada ano, tanto a distintos profesionais do audiovisual como Morris que este ano recibíu o Pedigree 2012, como a súa veciñanza, este ano Carmen e Alberto recibiron os chimpíns de prata xunto ao presentador Fernando González "Gonzo".Sorprendendo cada ano con novas seccións e propostas,o Festival de Cans, organizado pola asociación cultural ARELA e dirixido por Alfonso Pato, segue a medrar sendo capaz de non perder o seu espírito, sendo unha plataforma de lanzamento e promoción para nov@s creador@s, un punto de encontro para as persoas profesionais do audiovisual, unha cita coas estrelas da parroquia e coas do resto de Galiza e de fóra das nosas fronteiras, unha festa do cine… mais, sobre todo, un festival feito por e para Cans e por e para o audiovisual.Moitos dín que en Cans hai algo máxico que envolve a quen chega. Eu comprobo cada ano que o truco desta maxia está na paixón do seu director, no esforzo da organización e na ilusión de todas as veciñas e veciños e voluntari@s que se mesturan cos visitantes facendo de bos anfitrións ao tempo que gozan da festa. Crianzas, maiores, moz@s… todas as persoas teñen o seu espazo en Cans. É como se por un momento todas fosen actrices dunha mesma película. Non hai palabras para describir os momentos en que o alumnado do audiovisual dirixe a veciñanza propóndolle personaxes e transformánda en actrices e actores. Tampouco hai palabras para narrar esa fusión que se dá, segundo tras segundo,entre profesionais e espectadores. O Festival de Cans é un xogo contínuo, un intercambio sen fin, un xurado composto por veciñ@s e expert@s, unha homenaxe ás persoas veteranas e un trampolín para novas creadoras e creadores. O Festival de Cans é un produto vivo, unha longametraxe de final aberto que vai xa a pola súa décima parte, unha historia de amor en que non hai final. |
NOS_16676 | Mapas destinados a dar a coñecer o reino da Galiza. | C ómpre sinalar que o mapa do Reino da Galiza de Fernando Oxea incorporárase en 1611, con certas variacións, ao Atlas sive Cosmographicae Mediationes de Fabrica mundi et fabricati figura do xeógrafo Gerard Mercator, editado por Jodocus Hondius. Mais neste non figura ningunha representación heráldica na que debamos mergullar o noso interese. Dezaoito anos máis tarde Willem Blaeu adquire de Henricus Jodocus as placas desa obra, polo que a xeografía galega comeza a ser plasmada no Novus Atlas, tamén coñecido como Theatrum Orbis Terrarum, sive Atlas Novus in quo Tabulae et Descriptiones Omnium Regionum. Lánzase dende 1634 até 1658 e velaquí fican os albores do que a partir de 1662 constituirá o Atlas Maior. Debemos advertir que o cartógrafo Johannes Janssonius publica a impresión dunha placa moi semellante pero a partir de 1636. Esta achegarase nunha obra titulada de xeito parecido á anterior: Atlas Novus sive Theatrum Orbis Terrarum. De continuarmos co Novus Atlas, que ve a luz en Ámsterdam, debemos lembrar que o mapa da Galiza que aparece dende a edición alemá de 1634 é o mesmo que confeccionara Fernando Oxea, aumentado e actualizado. Deste xeito sinálase nun texto que se localiza no interior dunha cuncha de vieira termada por un ser mitolóxico mariño, ben Neptuno ben un tritón: "Gallaecia Regnum, descripta a F. Fer. Ojea, Ord. praed. et postmodum multis in locis emendata et aucta". En segundo termo, no cuadrante superior esquerdo dous anxos sosteñen un cartouche, a xeito de cortina, cun pentagrama e a divisa que "incorporara" o dominico galego para a edición de 1603: "Hoc mysterium firmiter profitemur". Como puntualización, debemos advertir que esta lenda –acompañada do respectivo escudo galego– usaraa en 1622 o licenciado e rexedor compostelán Bernardo de Luaces (1614-1628) para a súa obra Iuris allegatio pro Regni Galleciae defensione. Pero tamén o fará o coñecido allaricense frei Filipe de la Gándara e Ulloa, concretamente na obra titulada Armas y Triunfos: Hechos heroicos de los hijos de Galicia. Esta ve a luz en Madrid en 1662, mais un ano despois da morte do humanista agostiño tamén se lanza outra edición, a de 1677. En ambas as dúas non só aparece a referida divisa, senón que o escudo vai timbrado con coroa imperial, así como gustara Albrecht Dürer por 1512 para o Arco Triunfal de Maximiliano de Habsburgo (Ehrenpforte Maximilians I). Continuando por un intre co devandito lema que propaga a vinculación do noso país e do seu brasón co misterio eucarístico, cremos oportuno afirmar que incluso se plasma na Real Cédula a favor de la Compañía de Comercio del Reino de Galicia, lanzada en 1734, e en cuxa cuberta fica o escudo galego provisto dunha bordadura con ese texto. Aquel foi gravado polo cordobés Juan Bernabé Palomino. Deseños heráldicos co emblema do noso país e a mesma divisa hanse constatar en obras elaboradas no continente americano. Velaí se percibe naquela Galicia, Reyno de Christo Sacramentado que en 1750 lanza en México Pascasio de Seguín e ilumina Baltasar Troncoso e Soutomaior. Continuando coa descrición do mapa de Oxea incorporado tanto no Novus Atlas de Willem Blaeu como no Atlas Novus de Johannes Janssonius hai que reparar non feito de que os seres celestes de ambas versións son moi similares, aínda que gardan algunha pequena diferenza no seu trazado. Porén, a xeito de "tenantes", suxeitan un emblema galego provisto de viril –rematado nunha cruz e no que se distingue a hostia sagrada– "acostado" de seis cruces patadas colocadas en pau, tres a cada flanco. O brasón vai timbrado con coroa real aberta. No que atinxe ao deseño do viril que aparece no mapa da edición de 1635 de Blaeu este garda bastante semellanza con aquel de 1603 publicado por Oxea, porén o de 1636 de Janssonius vese máis robusto e, xa que logo, menos estilizado. Velaquí unha particularidade para poder distinguilos. Non sobra comentar que Blaeu e Janssonius estaban enfrontados por mor da adquisición das placas que elaborara Jodocus Hondius, cuñado deste último, segundo apercibe Carmen Manso Porto. Noutra orde de asuntos entendemos conveniente destinar unhas liñas ao uso dos esmaltes, pois estes difiren dunha a outra edición, e malia tal arbitrariedade seguen a ser representacións de gran fermosura. Poderíamos sinalar que a súa execución está case á altura daqueles grandes libros de escudos europeos como Le Grand Armorial Colorié, o armorial de Nicolas de Lutzelbourg, o Sammelband mehrerer Wappenbücher... Do referido Atlas Maior, magna obra da familia Blaeu e na que se verten os mapas procedentes do Novus Atlas, existen copias distribuídas por todo o mundo, dende Francia a Leipzig (Leibniz-Institut für Länderkunde) e dende Düsseldorf (Universitäts und Landesbibliothek Düsseldorf) a Leiden (nos Países Baixos). Por mor da difusión desta obra cartográfica e da súa inclusión no Atlas Maior, a xeografía do Reino da Galiza, varias pinceladas históricas e o seu emblema serán coñecidos por diversos recunchos do mundo, incluído o continente americano |
PRAZA_6114 | Dos tempos sombrizos, é o último libro do poeta e xornalista Daniel Salgado, con quen conversa Montse Dopico | Podería ser o retrato da derrota. Do fracaso. Da desintegración da clase traballadora como tal. Dunha paisaxe de cascallos. Das ruínas de despois da deflagración. Mais non. Ou non só. Dos tempos sombrizos, o último libro do poeta e xornalista Daniel Salgado, é un capítulo máis dunha crónica que o seu autor iniciou xa nos seus primeiros poemarios. O relato dunha guerra en curso na que o medo non é só dos que se saben dominados, senón tamén dos que ventan que poden ser varridos do poder. Porque nada hai decidido nun período de crise do capitalismo global como o actual. Aínda hai lugar para a emancipación. Unha revista académica americana, Abshynte, vai publicar anacos de A guerra nun monográfico sobre novas escritas de Europa. A proposta foi de Neil Anderson, que fixo a tradución ao inglés María do Cebreiro e ti publicastes xuntos A guerra. Non se distingue o que escribiu un e o outro... Como foi o proceso de creación? Sempre estamos conversando: por correo, por teléfono, en persoa... A guerra comezou como un intercambio de poemas, noticias, fragmentos de textos... que foi moi seguido e tivo unha continuidade no tempo. Nun momento pensamos que de todo aquel magma de conversas podía saír un libro. O que fixemos foi seleccionar, revisar, reordenar... Os textos son dos dous. Pero tampouco houbo unha intención de que non se saiba quen escribiu cada parte... Propuxémoslle o proxecto á editorial Barbantesa e aceptaron encantados. Ademais quedou moi ben a portada, co anxo de Paul Klee que a Walter Benjamin lle inspirou a súa teoría do anxo da historia. Unha revista académica americana, Abshynte, vai publicar anacos de A guerra nun monográfico sobre novas escritas de Europa. A proposta foi de Neil Anderson, que fixo a tradución ao inglés. Hai unha continuidade entre todos os teus libros. Sempre estivo presente neles a loita de clases, a consciencia de pertencer a un recuncho de Occidente... Mais desde Os poemas de como se rompe todo e ruído de fondo describes unha paisaxe de cascallos, ruínas, que antes máis ben intuíase. Todos os meus libros teñen que ver, e de maneira consciente, co noso tempo, individual e colectivo. Gústame que se note, ademais. Si hai unha continuidade, e pode que si, que haxa agora unha confirmación dunha catástrofe que antes se intuía. E non é só cuestión de política, ou si o é mais no sentido de como nos afecta, como colectividade, o que está a pasar, como afecta ás nosas relacións como individuos. En canto á maneira de escribir, ruído de fondo levoume a unha calella sen saída. Porque vai ata o final dun xeito de entender a linguaxe que non consigo levar máis alá, que me levou a un punto morto. Non sabía como continuar. E neste último libro, Dos tempos sombrizos, tentei romper con iso. De feito envieino a un premio para obxectivalo, porque era un salto tan grande que non sabía se funcionaba... Por iso é un libro con moitas referencias concretas, con dedicatorias a amigos... Quixen rexistrar cousas de maneira directa. "Todos os meus libros teñen que ver, e de maneira consciente, co noso tempo, individual e colectivo. Gústame que se note, ademais" Tamén hai unha consciencia das limitacións do poema, da escrita. Di Dos tempos sombrizos que non hai metáfora disponíbel para as actuais circunstancias. E ruído de fondo que o poema vira imposíbel, que tropeza coa lingua e coa historia. Por que? É esa sensación da insuficiencia da linguaxe que vén polo menos desde o romanticismo... E está expresada de distintas maneiras, si. En ruído de fondo tentei fracturar a linguaxe, o verso, encarnar a situación na propia linguaxe. En Dos tempos sombrizos hai, como che dicía, un intento máis narrativo. Tentei eliminar as ambigüidades da linguaxe. E ti dirás: sen ambigüidades da linguaxe non hai poesía... "Tentei eliminar as ambigüidades da linguaxe. E ti dirás: sen ambigüidades da linguaxe non hai poesía..." Ou si que a hai. En relación con iso, tamén falas de perversión da linguaxe, e iso ten que ver cos medios de comunicación. En A guerra os xornais non chaman guerra ao que si o é. En ruído de fondo está o "réxime rigoroso de desinformación". Da perversión da linguaxe xa falaba Chus Pato moito antes de que se convertese nun problema político colectivo. Falaba de escribir contra a linguaxe do pacto, do consenso. De como a linguaxe tamén ten propietarios, porque na linguaxe tamén hai loita de clases e entón clases desposuídas da linguaxe. O valor de uso das palabras depende de quen se apropie delas. Hai palabras que, ou facemos unha reapropiación delas, ou están mortas. E iso tamén é unha preocupación da literatura desde hai moito tempo. O xornalismo, en relación con iso, é un dos espazos de apropiación da linguaxe por parte das clases dominantes, ás veces utilizando testaferros. Ou polo menos o xornalismo nas actuais condicións. E todo iso acaba aparecendo nos poemas. Non me gusta impedir que as cousas entren no poema. E gústanme os poetas que non o impiden, desde Ezra Pound a María do Cebreiro... O labor de quen escribe non é prohibir a entrada de segundo que materiais, senón facer o contrario, ampliar o radio de acción. Se iso aínda se pode facer despois de Ezra Pound. "Da perversión da linguaxe xa falaba Chus Pato moito antes de que se convertese nun problema político colectivo. Falaba de escribir contra a linguaxe do pacto, do consenso" Dos tempos sombrizos transmite un sentimento de fracaso. Un movemento obreiro desintegrado, un desequilibrio cada vez maior entre capital e traballo... A guerra chamaba máis á organización. Hai esperanza ou non? É que un elemento que está moi presente en Dos tempos sombrizos é o medo. Histórico e colectivo. Temos medo. Declararon unha guerra contra todos nós e nós non nos decatamos ou non a tomamos en serio. Non somos quen de asumir a gravidade da situación. Entendo que é prepotente falar en nome de todos, dun "nós". Mais eu falo do que vexo. E pregúntome, que vai ser de nós? Iso está moitísimo no libro. A loita de clases estivo sempre aí, guste ou non, nas sociedades en que vivimos. Puido haber pactos, acordos puntuais, pero nunca desapareceu. E a poesía ten a responsabilidade de nomear as cousas e non se enganar. "A loita de clases estivo sempre aí, guste ou non, nas sociedades en que vivimos. Puido haber pactos, acordos puntuais, pero nunca desapareceu. E a poesía ten a responsabilidade de nomear as cousas e non se enganar" En Dos tempos sombrizos as contradicións do tardocapitalismo aceléranse. Xa desde antes, os teus libros nomeaban a fin dunha etapa. Mais, hai crepúsculo do réxime, como dis, ou reforzo do mesmo? Eu creo que si que estamos no fin dunha época e que o cambio é profundo. Polo menos en Europa acábase unha etapa. Estamos nun tempo de tránsito cultural, social, político... e por iso hai caos. O que non sei é se confío moito nas nosas propias forzas. Non sabemos se se está a reforzar a dominación, se o que virá será mellor ou peor. Hai unha indeterminación histórica, como dicía Benjamin. Que é o que pasa cando houbo avances históricos. Aínda que idea mesma de avance é cuestionable: a sociedade do benestar capitalista que remata agora veu despois de dúas guerras e grazas a unha riqueza acumulada que viña do colonialismo... Mais o que parece claro é que teñen medo. Por iso a Lei de "Seguridade Cidadá"... Teñen medo e mesmo parece que os que teñen o poder nos sobrevaloran. E falamos de "eles", iso que é tamén tan abstracto... Ás veces é como se tivesen máis consciencia da potencialidade do bloque dos dominados que os propios dominados. Por iso apertan os parafusos. Mais tamén é certo que están pasando cousas. O número de folgas, de horas de folga, de manifestacións... está nos índices máis altos desde a transición. E electoralmente tamén está a haber cambios. Por iso aproban leis máis represivas ou propoñen reformas do sistema electoral, porque teñen medo de ser varridos nas eleccións. Estamos protestando todo o día, mais se cadra non se lle acaba de dar unha expresión política ao noso malestar. Tamén se idealiza o pasado: se cadra no pasado foi parecido. Como non vai haber protestas? É normal. O que está claro é que non estamos adormecidos, nin moito menos. "Estamos protestando todo o día, mais se cadra non se lle acaba de dar unha expresión política ao noso malestar" Do medo tamén falades en A guerra. Mais do medo inoculado para parar as protestas: o medo á policía..., e todas esas formas de violencia estrutural. Do lado contrario, tamén se cadra se idealizan os períodos revolucionarios. Cando non todo é tan espectacular. Porque non as teñen todas consigo... Ocorre que a política partidaria tende a banalizar as ideas pero, si, claro que hai violencia. E a violencia estrutural tamén é violencia material, tamén se sofre na carne, como a outra. E nas ideas. E, si, os períodos de cambio son longos, teñen os seus fluxos e refluxos... Comentabamos antes que nos teus poemas hai moita consciencia do lugar, da posición desde a que se fala. Se cadra tamén porque o tsunami chegounos tamén a nós, a Occidente. Salvando as distancias. Tampouco quero frivolizar con iso mais o noso país sempre foi unha periferia dentro da periferia do centro, e é evidente que a loita de clases se agudizou, e iso translócese no poema. Está a reconfigurarse o papel de cada nación, de cada Estado, no sistema-mundo. E claro que nos afecta. E non é unha cuestión de análise política só. É a vida. É o que nos toca como individuos e como colectivo. É a vida material. A vida, en fin. Os poemas falan de como nos relacionamos os individuos nunhas determinadas circunstancias históricas, de como encarnamos as contradicións históricas. Porque estamos no mundo, somos parte del. Non somos observados desde fóra. E interésame ese punto que leva do individual ao colectivo e do colectivo ao individual. "Cando activamos a potencia que pode ter determinado acontecemento histórico desde o presente, tamén teremos que ir máis alá da lóxica da homenaxe, que pode ser un pouco paralizante" Os poemas de Dos tempos sombrizos sitúanse en lugares concretos. E convidan a establecer paralelismos entre distintos tempos da historia, que se repite. "O pasado non existe", di o poema que cita a Zeca Afonso. A guerra é a mesma, e está en curso. Hai unha idea que está moi presente nos últimos libros, que ten que ver con Walter Benjamin. Máis que que a historia se repita, é que hai pasaxes que conectan distintos momentos da historia. O pasado, así, faise presente. É o tigre que se espreguiza e salta, di Benjamin, que advirte de que a vitoria do fascismo tamén será a derrota dos vencidos da historia. O pasado sucede no presente. E cando activamos a potencia que pode ter determinado acontecemento histórico desde o presente, tamén teremos que ir máis alá da lóxica da homenaxe, que pode ser un pouco paralizante. Non só falas con Walter Benjamin nos poemas. Falas con moita xente. Con Bertolt Brecht. Con Marx, por suposto. Con moitos escritores. E músicos tamén. O poema sobre o experimento en Grecia remite directamente a Das Kapital, por certo. O Leo participou unha vez nunha homenaxe a Zeca Afonso e fixo o seu repertorio de versións do Zeca coa súa guitarra eléctrica. E despois dixo, -non lembro as palabras exactas-, algo así como que volvemos a Marx porque estamos fodidos e non sabemos por que. Non é un receitario, pero a súa lectura axúdanos a interpretar o mundo. Aínda que a miña última obsesión está a ser Pasolini... Como non volver a Marx? Eu daríalles a ler o 18 Brumario aos alumnos de xornalismo. Ademais, hai un poema mellor que o Manifesto Comunista? En serio: cantas imaxes literarias nos deixou? En canto á música, é o mesmo. Non estou para facer de alfandegueiro dos poemas. O que forma parte da experiencia de quen escribe entra no poema, é normal. Hai un poema que fala do que algúns críticos falaron sobre a aparición do free-jazz, de J. Coltrane. Dicían que, por primeira vez, a sección rítmica e a sección melódica ían por separado e non dialogando entre si. A min paréceme unha metáfora política moi boa. E está aí porque me axuda a explicar algo nun poema. Axuda a significar cousas que non teñen que ver coa historia do jazz... "Hai un poema mellor que o Manifesto Comunista? En serio: cantas imaxes literarias nos deixou?" Percorre tamén os poemas, e non só no teu último libro, a imaxe do avó. Que está asociada á represión da posguerra, á emigración en Éxodo, e tamén a saberes que non somos quen de manter. Somos descendentes de labregos. Hai saberes que a min aínda me soan algo, pero que xa non son meus. Porque houbo un salto civilizatorio moi grande e moi rápido, en 20 ou 30 anos. Nós somos os últimos aos que aínda nos soará a relación directa do traballo coa terra. Os nosos pais naceron en casas sen luz eléctrica e agora usan internet. É imposible que un pobo non estea traumatizado por iso! "A miña xeración non coñeceu outra cousa que a precariedade, e agora o paro. Entón, onde estiveron as vacas gordas?" Volvendo ao de antes, algunha culpa debemos ter, porén, no que está a pasar. Non quixemos ver. Durante moito tempo pareceu todo moi cómodo. Todo ben centrado. Como se non houbese dereita e esquerda. Pois se non había nada que adiviñar, estaba todo aí. Outra cousa é que os discursos dominantes agochaban. Hai un mundo que entra en crise porque hai unha base material que entra en crise. Todas as debilidades da economía de ladrillo estaban máis que advertidas e analizadas. Outra cousa é que iso tipo de discursos tivesen audiencia. Vivimos no capitalismo, ata nova orde. E a idea de esquerda e dereita non é máis que a posición que se teña ante esa realidade. E iso aínda aceptando o relato de que houbo Estado de Benestar, que tamén é cuestionable, porque a miña xeración non coñeceu outra cousa que a precariedade, e agora o paro. Entón, onde estiveron as vacas gordas? Hai cousas que me indignan sobre o relato que se fai, tanto desde a dereita como desde a esquerda. Nós tamén acabamos interiorizando visións do mundo que non son nosas. En Días do imperio falabas da ilusión do posmodernismo e de que case era mellor ir recuperando os grandes relatos da emancipación. Algo debe ter que ver coa recuperación destes a emerxencia de novos referentes pola esquerda no mapa electoral, en Galicia e en España. O título dese poema é o dun ensaio de Eagleton. O problema dos discursos da posmodernidade, desa hexemonía intelectual, -e falo en xeral, porque non todos os pensadores din o mesmo-, é que é politicamente paralizante. Ademais era como o correlato filosófico dun movemento político caracterizado por un conservadorismo político atroz, que é en realidade de onde vén parte do que acontece agora. E si que parece que agora os discursos contrarios a isto emerxen máis, teñen unha audiencia máis ampla, porque queremos entender o que pasa, como dicía O Leo. E insisto en que non hai profecía. É só estar incardinado nunha posición. Por outra banda, que é a posmodernidade? Non é fácil dicilo. Hai unha frase moi bonita que lle di Eagleton a Foucault: se todo é político, nada é político... "Que é a posmodernidade? Non é fácil dicilo. Hai unha frase moi bonita que lle di Eagleton a Foucault: se todo é político, nada é político..." Un dos relatos que cuestionas é o da nación, o país. Desde os primeiros libros. Non somos herdeiros de nobreza antiga ningunha, di A guerra, que protesta ademais polas lóxicas sectarias. 'Éxodo' advertía das falsas idades de ouro. En Os poemas de como se rompe todo rompía tamén a nación.... Hai unha cousa que me molesta moito no relato que fai o movemento de emancipación nacional sobre o país, que é que sempre se mide en relación a modelos ideais que me parecen altamente criticables. Hai, por exemplo, unha ansia por ser un "país normal". E que é iso? Se honestamente chegamos ao final dese razoamento, se cadra non nos gusta nada. E isto ten que ver co discurso da normalización cultural. Entendo que ten que haber discursos de lexitimación nacional, que nun inicio e para facer fronte a tópicos coloniais se diga que a nosa foi unha lingua de reis, mais, é por iso que ten que existir en igualdade de condicións con outras linguas? Porque se cadra isto ten que ver cunha derrota política a nivel mundial. Dalgunha maneira, certa ideoloxía dominante acábanos imbuíndo a todos. Ser un país normal é ser un país onde haxa explotadores e explotados? Se a idea de emancipación nacional non se carga politicamente, temos problemas coma estes. "Ser un país normal é ser un país onde haxa explotadores e explotados? Se a idea de emancipación nacional non se carga politicamente, temos problemas coma estes" Dis en Dos tempos sombrizos que nada está a salvo, tampouco o idioma. O galego é unha lingua sometida a ocupación. E isto é unha obviedade, unha cuestión obxectiva, independentemente da posición política que adoptemos. Facer política co idioma é dicir o contrario, dicir que hai liberdade para usar as dúas linguas na vida diaria. E isto obriga a quen escribe a ter unha conciencia de facelo nunha lingua atacada, desprezada. Segue habendo moitos complexos colectivos que xa había nos anos 50. Continúan vivos. O galego é a lingua da xente de aquí e xa está. Non fai falta dicir que tamén nos serve para facer ciencia. As linguas teñen dereito a existir en igualdade condicións coas demais, e iso ata está recollido pola ONU e institucións así de importantes... Ás veces penso que o mellor programa para defender o galego é o poema de Celso Emilio Ferreiro, Deitado frente ao mar. Hai quen di que a túa creación poética se move na liña de Celso Emilio Ferreiro, precisamente. Que cres ti? É o primeiro poeta que lin, o que me fixo pensar que iso da poesía..., coidado!. É un autor que repaso de cando en vez. Temos unha imaxe del moi simplificadora. Pero se baixamos aos textos vese que é un poeta enorme, como creador de imaxes... A min interésame moito tamén o personaxe. Tan divertido, tan volcánico. Do tipo de xente eruptiva. Alén do que os poemas din no aspecto político, é un escritor cun sentido do ritmo impresionante... e non ten a culpa do que fagan ou fixeran os seus epígonos. "Como lector, interésame a literatura que indaga nesa tensión entre o íntimo e o público, o individual e o colectivo. Pasolini fala diso nos seus ensaios. Tamén o Ulises. É un tema universal" En A guerra e noutros libros aparece a idea do encontro entre as persoas como acto político, nun momento en que sería máis fácil para o poder que houbese só individuos. Sobre todo nas cidades de cascallos, nas arquitecturas derrubadas que describes en ruído de fondo e xa antes. A iso me refiro cando digo que a realidade é a que produce os individuos, os nosos comportamentos, a nosa relación cos demais. A nosa prioridade ten que ser a liberdade, a independencia... É un pouco, como dicía antes, a conciencia de como nos condiciona o lugar e o espazo. Como lector, interésame a literatura que indaga nesa tensión entre o íntimo e o público, o individual e o colectivo. Pasolini fala diso nos seus ensaios. Tamén o Ulises. É un tema universal. Hai algunhas imaxes que se repiten moito nos teus textos, xa desde 'ucede. Como a luz, que en Dos tempos sombrizos é cegadora. A nosa relación co mundo está atravesada por iso, pola luz. Sucede é un libro que escribín hai catorce anos e xa non volvo a el, a verdade. Mais é verdade que a luz aparece moito nos poemas, ou as estacións. Non sabería explicar moi ben por que, quitando esa sensación de que condiciona a nosa relación co mundo. Hai pouco lin o Ensaio sobre a cegueira de Saramago, no que a cegueira é branca. A xente ve unha luz branca, brillante. Se cadra algo diso pasou a este último libro... |
PRAZA_8951 | O PSdeG insta o Sergas a deixar de emitir mensaxes "propagandísticas" nos monitores que indican as quendas das consultas sanitarias e substituílas por informacións ligadas á saúde | Hai tempo que o Servizo Galego de Saúde está a instalar, nas salas de espera de múltiples centros sanitarios do país, pantallas para informar das quendas nas que os pacientes son atendidos. Non é a primeira vez que dende os grupos da oposición se cuestiona este tipo de investimentos tecnolóxicos en tempos de recortes, toda vez que non son imprescindibles para a atención sanitaria. As críticas veñen de chegar de novo pola banda do PSdeG, aínda que non tanto polas pantallas en si senón polo uso que o Sergas e a Xunta fan delas: "autobombo" do Goberno galego, di a voceira socialista de Sanidade, Carmen Acuña. "Cuestionamos seriamente a necesidade de continuar implantando as pantallas, especiamente neste momento de recortes" por non ser "imprescindibles para o bo funcionamento das consultas", di Acuña, médica de profesión. Non obstante, "como xa está feito o gasto", a parlamentaria coida que deberan ser empregadas en accións de "educación para a saúde" e non para "actos propagandísticos do Goberno". A Xunta, lamenta, chega "ao paroxismo na súa obsesión pola propaganda" e xa non lles é "suficiente" ter "ao seus servizo os medios de comunicación públicos de Galicia", por iso "agora utilizan os televisores dos centros sanitarios". Así, o PSdeG amosa exemplos nos que estas pantallas amosan textos idénticos aos de notas de prensa difundidas polo Executivo. "En lugar de utilizar as pantallas como vehículos publicitarios do quefacer diario da conselleira, dos directivos e dos proxectos presentes e futuros", o Sergas "podería" empregalas para que os doentes "recibisen información específica das patoloxías que se corresponden coas especialidades nas que se espera". Así, por exemplo, en pneumoloxía poderían informar "sobre como usar correctamente os inhaladores", "na sala de uroloxía, como manexar unha sonda" e, ademais, engadir "información xenérica, fomentando hábitos saudables" ou animando "a doazón de sangue e órganos". Os socialistas instan a Xunta a "renunciar a un espazo de publicidade tan tentador" e utilizar as pantallas para ofrecer información sobre a saúde Neste contexto, Acuña vén de formular unha proposición non de lei ante o Parlamento para que Sanidade e o propio presidente da Xunta "renuncien a un espazo de publicidade tan tentador". De ser aprobada, a Cámara instaría o Goberno a que "de forma inmediata, se utilicen as pantallas das salas de espera dos centros sanitarios públicos para difundir información, consellos e recomendacións en beneficio da saúde da nosa poboación". |
PRAZA_19084 | O sector reclama unha mesa de negociación para lograr unha distribución máis xusta doce meses despois dunha acampada e unhas mobilizacións que conseguiron pequenos pero insuficientes avances. "Os máis beneficiados foron os que seguían no mar ríndose mentres nós loitabamos", di Acerga. | Hai agora un ano, a acampada de mariñeiros do cerco que levaba case tres meses diante de San Caetano decidía poñer fin á protesta. A frota volvería faenar tras un custoso paro, advertindo de máis mobilizacións logo de que o Goberno central confirmase que non modificaba o sistema de repartición de cotas contra o que levaban semanas manifestándose. Malia a "pequena vitoria" que supuxo arrincarlle á Xunta un tope mínimo de capturas para os barcos máis pequenos, a inmensa maioría do sector continúa insatisfeito. Hai algo máis de cantidade a pescar pero a distribución continúa a ser moi desigual segundo a embarcación. Doce meses despois, os problemas continúan. "Seguimos igual", din. "Seguimos igual", lamenta a frota maioritaria do cerco un ano despois da volta ao mar tras tres meses de acampada A última repartición da UE tampouco deixou moi satisfeito a un sector que acumula anos en precario. Acerga (Asociación de armadores de cerco de Galicia), o colectivo maioritario, insiste en reclamar unha repartición liñal, por barco e tripulante e que non tome as capturas históricas como o principal criterio. Ese sistema implantado en 2013 prexudica sobre todo a familias novas con embarcacións pequenas fronte a outros buques máis grandes e con rexistros antigos maiores, moitos vinculados á outra asociación do país, Cerqueiros Galegos, que xunta uns vinte barcos fronte aos máis de 120 de Acerga. "Continúa a haber barcos con 10.000 quilos e outros con 300.000", denuncian desde o colectivo. "Mobilizámonos, paramos tres meses e perdemos moreas de cartos. Gañouse en cota, pero acabaron beneficiándose, sobre todo, os que non viñan ás acampadas e seguían no mar ríndose mentres outros loitabamos. tiñan porcentaxes máis grandes mentres os pequenos non solucionamos case nada", reflexiona Juan José Blanco, presidente de Acerga, que advirte que "ter 10.000 quilos de cota é case como non ter nada". "Paramos tres meses e perdemos cartos; gañouse en cota pero os máis beneficiados foron os que non acamparon e seguían no mar" Os barcos agrupados en Acerga xestionan a través da asociación as cotas conxuntamente, conseguiron o ano pasado un aumento da que tiñan asignada inicialmente e beneficiáronse desa mínima de 10.000 quilos de xurelo que van aumentando segundo as toneladas de arqueo. Pero son solucións insuficientes, un "parche" a un problema que vai moito máis aló. Os barcos comparten a cota, uns compañeiros ceden a outros e todos vana estirando. É a forma que teñen de ir sobrevivindo. "Os que máis temos cedemos aos que menos teñen mentres seguimos agardando por decisións que nos permitan avanzar", insiste Blanco, que asegura que, de non ser pola colaboración na asociación, "moitísima frota non podería faenar nin quince días ao ano". Acerga advirte que de non ser pola xestión conxunta de cotas e a colaboración, "moita frota non podería faenar nin quince días" "Quitoúselle a unha frota para darlle a outra e nunca se ten en conta que os barcos grandes que levan anos sempre van ter un rexistro histórico e máis cota que os rapaces novos que están a empezar e mercan unha embarcación pequena; non é xusto", insiste o presidente de Acerga, que se reunirá co Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para facer balance do ano pasado e para insistirlle na "necesidade dun cambio no sistema de repartición e na busca doutra forma". No pasado o Executivo renegaba das mudanzas por estar en funcións e valorar o bo funcionamento do sistema. Agora, cun goberno xa consolidado, as expectativas non son mellores. Acerga pide unha mesa de negociación e que, antes de nada, se reparta a cota que lle sobra a outros barcos Ademais, desde Acerga reivindicarán que aqueles barcos que non consuman a súa cota a cedan, como ocorre noutras comunidades autónomas pero non en Galicia. "A quen lle sobra, que reparta e vaia pasando a outras embarcacións para que poidan saír pescar", di Blanco, que reclamará tamén ao Ministerio unha "mesa de traballo" na que intentar poñer arranxo a toda a problemática. Ao tempo, lembra a batalla xudicial e os atrancos que as vitorias nos tribunais atopan logo no Executivo. "Cada vez que gañamos un recurso e o Goberno perde, liquida a lei, faille unha fotocopia con pequenos cambios e temos que volver recorrer", explica. A frota non descarta mobilizacións pero apela primeiramente ao diálogo e á presión, consciente dos importantes custos que as protestas do ano pasado supuxeron, sobre todo no económico. No fondo, a precaria situación de máis dun cento de barcos artesanais do cerco dos que dependen, segundo Acerga, uns 1.400 postos de traballo directos e uns 5.000 indirectos en todo o país. Un ano despois dunha longa acampada, de peches e manifestacións, a repartición xusta aínda non é tal. |
NOS_34889 | A asistencia á mobilización, que demandaba a devolución gratuíta dos terreos á cidade e a fin da especulación cos mesmos, superou as expectativas da propia organización, a Comisión Aberta en defensa do común. Máis de 5.000 persoas reivindicaron que 'A Coruña non se vende' nun ambiente de reivindicación e festa nunha "mobilización histórica". | Miles de persoas, unhas 5.000 segundo a organización, manifestáronse este domingo na Coruña nun ambiente de reivindicación e festivo para amosar a súa oposición á "venda e privatización da fachada marítima" e demandar a devolución gratuíta á cidade daqueles terreos públicos que agora a Autoridade Portuaria pretende vender. Unha mobilización que superou as expectativas da propia organización, Comisión Aberta en defensa do común, que ao longo desta semana incidira na importancia de que a cidade se implicase nesta manifestación para mandar así unha mensaxe clara á Autoridade Portuaria coruñesa. E a mensaxe escoitouse ao longo do percorrido da manifestación, que saíu da Palloza pasadas as doce do mediodía para, baixo un sol de xustiza, para "recuperar para o pobo o que historicamente é da Coruña". Así, entre sons de gaitas e palmas, as persoas asistentes corearon lemas de todo tipo, desde 'A Coruña non se vende' e 'Devolución gratuita' até o clásico 'Non nos mires, únete'. 'O porto é noso' reivindicábase en pequenos cartaces feitos en casa, así como 'Mar para a xente'. Na manifestación, presenza e faixas de BNG, CIG, Marea Atlántica, CCOO, Anova, UGT ou Equo, entre outros. O alcalde Xulio Ferreiro, o escritor Manuel Rivas, deputados como Xosé L. Rivas 'Mini' (BNG) ou Antón Sánchez (En Marea), o presidente da Fundación Galiza Sempre, Francisco Jorquera, foron algúns dos rostros que se podían ver entre os miles de manifestantes. "A máis masiva dos últimos anos" En declaracións a Sermos Galiza, Manuel Monge, membro da Comisión aberta en defensa do común, manifestou estar "moi satisfeitos coa resposta popular das veciñas e veciños da cidade. É a manifestación máis masiva dos últimos anos na Coruña". Unha satisfacción partillada polos diferentes colectivos e entidades que apoiaron a mobilización deste domingo. "Somos do mar e o mar é o que nos une" A manifestación finalizou perante a escalinata de acceso á Autoridade Portuaria. Alí, Xurxo Souto fixo de mantedor do acto final. Informou que a mobilización era un "éxito clamoroso" e incidiu na salitre que percorre o ADN e a historia da cidade. "Somos xente de mar e é o mar o que nos une", manifestou, para pasar a xente a facer a onda mentres berran 'Orzán!' e o son das buguinas enchía o ar. Pilar Oviedo, do comité de empresa do hospital militar foi a primeira en tomar a palabra, lembrando que 25 anos atrás lograron evitar a privatización do complexo hospitalario. Dos 25 hospitais que o Ministerio de Defensa tiña en todo o estado o da Coruña foi o único que non se privatizou, afirmou, e iso "foi grazas á mobilización". Neste punto, Pilar Oviedo asegurou que tal e como se salvou o hospital para a cidade pode facerse cos terreos do Porto. "Depende de nós. Se nos unimos conseguirémolo". "Promesas sepultadas no fondo da Ría" A seguir falou Teresa Ramiro, das mariscadoras da Coruña. "Hai 30 anos mariscando podía gañar a vida. Grazas á Ría do Burgo acadei independencia económica e saquei os fillos adiante. Hoxe é imposíbel". Lembrou que hai 15 anos prometéuselles a dragaxe e rexeneración da Ría. "Promesas sepultadas no fondo da Ría" Os xornalistas Consuelo Bautista e Antón Luaces puxeron o ramo coa lectura do manifesto. Antes, Xurxo Souto procedeu a ler a relación de 70 entidades e colectivos que apoiaron unha mobilización que a propia organización non dubida en cualificar como "histórica". Imaxes: SG, BNG Coruña e GZ Contrainfo |
NOS_10602 | António Costa, primeiro-ministro de Portugal, e Domingos Abrantes, ex preso político en Peniche e membro do Consello de Estado, participaron na inauguración dun memorial que lembra os presos políticos do Forte de Peniche. | Centos de persoas participaron na inauguración dun memorial que homenaxea os presos políticos do Forte de Peniche. Entre elas atopábase o primeiro ministro portugués, António Costa, e o ex preso político Domingos Abrantes, quen sinalou que o monumento "quere perpetuar o nome a memoria dos máis de 2.500 presos aquí encarcerados ao longo de 40 anos". "Xente con rostro, seres comúns: traballadores, pescadores, militares, relixiosos, estudantes e intelectuais", apuntou. "Persoas de opcións ideolóxicas diferentes, mais todos irmandados na causa común contra o fascismo", engadiu. Ademais, no acto denunciou o esquecemento da opresión fascista e a loita pola liberdade, nomeadamente, en relación aos libros de texto, "ano tras ano van desaparecendo as referencias á ditadura e á súa natureza así como á resistencia". Abrantes alertou ademais dos "tempos preocupantes e incertos que vivimos". Subliñou que "o fascismo non está morto". António Costa, pola súa banda, lembrou "as interminábeis horas de espera dos presos de Peniche, os últimos en seren liberados". Tamén dedicou palabras aos presos do Tarrafal, do Aljube e de Caxias, "en nome do futuro 25 de abril, nunca se poderá esquecer o pasado de resistencia de quen sacrificaron familia, patrimonio, liberdade e a propia vida". Este sábado, día 27, continúa a homenaxe iniciada o día 25 cunha festa popular no Largo da Fortaleza con intervencións de Arbrantes e da ministra de Cultura Graça Fonseca. De hotel a museo O Forte de Peniche supuxo unha gran polémica nos últimos anos despois de propoñer o Goberno portugués a concesión deste inmoble con outros monumentos históricos para actividades hoteleiras e turísticas. Colectivos antifascistas denunciaran que a privatización constituiría un atentado á democracia e a violación do deber de calquera goberno de honrar a memoria de quen deu a vida en defensa da liberdade. Tras máis de un ano de protestos, o Goberno portugués anunciaba en 2017 un museo nacional dedicado á loita pola liberdade e a democracia. A proposta do PCP, os orzamentos xerais de 2017 recollían unha partida para un plano urxente de intervención na fortaleza. |
NOS_36371 | Ana Outerelo e Tamara Vidal foron condenadas por guindar pintura no interior dunha piscina. O movemento a prol do seu indulto entronca coa petición que se mantén desde hai meses nese sentido para Carlos e Serafín. | Ana e Tamara participaron en 2010 na folga na que se demandaba un convenio colectivo para o sector das instalacións deportivas. Nunha das protestas, 60 persoas entraron nunhas instalacións. Algunha delas guindou pintura verde na piscina e salferiu o traxe do xerente. Na primeira sentencia do Tribunal de Primeira instancia considerou que Ana e Tamara eran responsábeis deste acto e condenábaas a 6 meses de prisión e unha multa. Mais Fiscalía recorreu a sentencia perante a Audiencia, pedindo a pena máxima e o Tribunal aceptou o recurso e condenou a 3 anos ás empregadas, unha decisión sen posibilidade de recurso. De aí que se activase un movemento a prol do indulto destas 2 traballadoras. Xa teñen máis de 6.000 sinaturas de apoio. O sindicato CCOO cualifica a sentencia de desproporcionada e chama á cidadanía a apoiar o indulto). |
PRAZA_5957 | A Consellería de Educación responde ao estudo d'A Mesa e ás reclamacións da RAG negando que exista unha "deriva desfavorable" para o idioma nas aulas sen ofrecer unha soa cifra. En 2012 o Goberno admitiu que ao chegar ao poder sabía que a situación da lingua era "moi desfavorable" aínda que en público dicía o contrario. | "En Galicia temos enriba da mesa un conflito lingüístico sen precedentes". O autor destas palabras, escritas "sen medo", é Alberto Núñez Feijóo. Escribiunas no seu blog en outubro de 2008, apenas catro meses antes de que altos dirixentes do seu partido compartisen pancarta en Compostela cunha asociación denominada Galicia Bilingüe para clamar contra unha suposta "imposición" do galego en Galicia. Tras gañar as eleccións o novo presidente escolleu como titular de Educación a Jesús Vázquez, que nunha entrevista no Faro de Vigo aseguraba coñecer "moitos exemplos de situacións nas que se imparte en castelán só unha materia". Como informou Praza Pública, os conservadores lanzaban estas mensaxes en público malia manexaren datos que evidenciaban unha situación "moi desfavorable" para o galego nas aulas. Eses datos, precisamente, son os que o Goberno agora teima en ocultar mentres nega que o idioma propio do país teña dificultades no ensino. A pasada semana A Mesa pola Normalización Lingüística facía pública unha nova edición do seu estudo sobre a implantación do galego no ensino infantil e evidenciaba que está relegado a apenas un 2% das aulas deste nivel educativo nas sete cidades galegas. Esta radiografía correspóndese co inédito exercicio de sinceridade realizado polo Executivo na primavera de 2012, cando admitiu por escrito que ao chegar ao poder era consciente de que o galego era minoritario na escola en xeral e o seu uso nas aulas urbanas, "moi escaso", aínda que en público dicía o contrario. A contundencia destes datos mesmo deu lugar a un pronunciamento da Real Academia Galega, que urxiu o Goberno a actuar conforme ás súas "responsabilidades" para frear o "deterioro" do galego no ensino e, de paso, a publicar os datos de avaliación do denominado decreto do plurilingüismo. O Goberno admitiu en 2012 que, ao chegar ao poder, sabía que a situación do galego era "moi desfavorable" aínda que proclamase o contrario A reclamación da institución académica non foi, en absoluto, revolucionaria, toda vez que reclamou o cumprimento da normativa vixente. A RAG pide que a Xunta "tome as medidas oportunas para asegurar que se cumpren os obxectivos marcados na Lei de Normalización Lingüística" e que a Xunta avalíe se o publicitadísimo equilibrio entre linguas é unha realidade e, se non o é, "poña en marcha as medidas tendentes a corrixir a situación". O sistema educativo, advirten os académicos, ten que xogar "o papel que legalmente ten atribuído na recuperación e normalización do idioma galego". Trátase, subliñaban, de frear "unha deriva en apariencia claramente desfavorable ao galego no sistema educativo". A Consellería nega os problemas e a información Pero nin a RAG -nin moito menos A Mesa- desmontan a Xunta da teoría da paz lingüística que vén proclamando dende hai tempo. Así, tras as peticións lanzadas pola Academia o departamento de Jesús Vázquez emitiu un comunicado para, sen dato ningún, negar o afirmado pola institución oficial e pola asociación cidadá. O denominado decreto do plurilingüismo está "a aplicarse con normalidade en todo o sistema educativo galego, malia ao que sinale o comunicado" da RAG e "non existen indicios que leven a Consellería a pensar en ningunha deriva desfavorable para o galego no ámbito educativo, pois de habelos inmediatamente se terían tomado as medidas para a súa corrección". A Xunta di non ter "indicios" para "pensar en ningunha deriva desfavorable para o galego no ámbito educativo" Pero, que é o que leva a Xunta a negar que o galego teña problema ningún? "Cultura e Educación fai un seguimento da utilización equilibrada de galego e castelán e da elaboración dos proxectos lingüísticos de centro" para "garantir que o alumnado adquira de forma oral e escrita a competencia lingüística propia de cada nivel e etapa nas dúas linguas oficiais". "A Consellería -continúa- está en condicións de asegurar que se están aplicando e cumprindo" os artigos do decreto que obrigan a avaliar o seus resultados, afirma, pero, "en calquera caso, a normativa vixente non contempla a obrigatoriedade de facer públicos os datos". Con esta apelación implícita á fe cidadá Educación culmina a súa argumentación lembrando que "cómpre sinalar que o sistema educativo está a desenvolver un papel fundamental no proceso de normalización da lingua galega, ao igual ca outros ámbitos sociais de forte incidencia na activación dos usos do idioma". Política Lingüística, acrecenta, "traballa no impulso da nosa lingua propia por medio de diferentes iniciativas de dinamización, dirixidas de forma especial ás idades máis novas". Nin un só dato. |
NOS_1824 | Ana Pontón pide destinar 775 millóns para mellorar o actual sistema público de saúde e para pór en marcha un novo modelo de coidados das persoas maiores. | O sistema sanitario e dos coidados centrou a comparecencia da líder do BNG, Ana Pontón, esta segunda feira, 15 de febreiro, en que continuou a debullar ante os medios de comunicación a iniciativa "Xerar Futuro, Galiza Next", a folla de ruta que a formación nacionalista presentou o sábado para transformar o país con 14.380 millóns de euros que pretenden mobilizar para Galiza dos fondos da UE para a recuperación. Nese sentido, Pontón reclamou empregar 775 millóns para mellorar o actual sistema público de saúde e para pór en marcha un novo modelo de coidados das persoas maiores. "Se algo ensinou esta pandemia é que sen servizos públicos fortes capaces de velar pola saúde e polo coidado das persoas non hai futuro, nin no económico nin no social", explicou. Con eses recursos, o BNG quere reforzar a Atención Primaria, hospitalaria e a medicina preventiva, activar un plan de atención á saúde mental, reverter as privatizacións, pór en marcha unha estratéxica galega xenómica e de medicina personalizada e crear un centro de alertas epidemiolóxicas, "porque a Covid-19 non será a última pandemia". "Estratexia Fogar" é a proposta do BNG para transformar o servizo de coidados, procurando "un modelo que aposte por residencias públicas, no que a atención domiciliaria sexa central para atender as persoas maiores no seu propio contorno e incorporar as novas tecnoloxías aos coidados". Eleccións catalás Pontón quixo aproveitar a rolda de prensa para felicitar as forzas soberanistas por mellorar resultados nas eleccións catalás do domingo, e en particular a Esuqerra Republicana de Catalunya, polas posibilidades de liderar o Goberno. A nacionalista celebrou o avance das forzas soberanistas e destaca a irrelevancia do PP que "debería reflexionar sobre unha estratexia que favorece o avance da extrema dereita racista, machista e antigalega". Dereitos lingüísticos Por outra banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, solicitou a formación lingüística dos axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado destinados na Galiza. Tamén instou o Executivo español a actualizar os programas de tramitación de denuncias e formularios para que estean dispoñíbeis en galego e que os axentes ofrezan esa posibilidade. A pasada semana unha cidadá denunciou en Twitter que tivo que reiterar até tres veces o seu desexo de formalizar unha denuncia en galego nunha comisaría de Vigo, na que lle aseguraron que non podían atender a súa petición xa que a aplicación informática só estaba en español. |
NOS_36153 | Un portal web oferta artigos únicos do pasado celeste | A historia do fútbol é unha disciplina á que non se lle comezou a prestar atención até a década dos 90 do século pasado, nun crecente interese que ten o seu símbolo no National Football Museum, fundado na localidade inglesa de Preston no ano 1998. Desde entón, numerosos clubs, ligas e federacións trataron de dignificar o seu pasado erixindo estatuas, museos e homenaxeando os protagonistas de grandes fazañas deportivas. Galiza, como en tantos outros eidos, aínda está por subirse ao tren da modernidade no que respecta á súa historia futbolística. Así, se a Federación Española de Fútbol conta desde 2003 co Museo da Selección, instalada na madrileña localidade das Rozas, a súa homóloga galega nin conta nin ten previsto desenvolver instalacións semellantes, a pesar do millonario investimento realizado polo ente federativo en novas sedes durante os últimos anos. O Real Club Deportivo da Coruña, pola súa banda, anunciou aos catro ventos en decembro de 2016 que o conxunto branquiazul contaría cun museo que estaría instalado nun dos baixos do propio estadio de Riazor. Porén, tan só tres meses despois comunicaba a cancelación do proxecto "a causa da débeda coa Axencia Tributaria". Polo contrario, en Vigo foron pioneiros neste ámbito, e desde 1999 contan cun modesto museo que realiza un percorrido con principio na fundación do club. Con todo, estas instalacións permanencen fechadas ao público na actualidade, e nelas bótanse en falta unha importante cantidade de obxectos e materiais relacionados co pasado do club, que a día de hoxe continúan en mans de coleccionistas particulares, ocultos a ollos das seareiras. De feito, a día de hoxe no portal especializado Todocolección ofértanse multitude de pezas únicas, como fotografías das xiras americanas do Celta nos anos 20; as botas do lendario Ramón Polo, o máximo goleador histórico do conxunto celeste e da selección galega; o balón da final de Copa de 1922 que se disputou en Vigo ou impresos correspondentes á fundación da escuadra olívica, logo da fusión entre o Vigo e o Fortuna, polo que este desleixo pola propia historia non ten trazas de rematar a curto prazo. |
NOS_56179 | Co-fundadora do imperio téxtil Inditex, era a muller máis rica do Estado segundo a revista Forbes | Rosalía Mera faleceu esta quinta feira (15 de agosto) nun hospital privado da Coruña após sofrir un derrame cerebral. A empresaria galega era co-fundadora da transnacional do téxtil Inditex --da que tamén é propietario Amancio Ortega. Segundo a revista Forbes era a muller máis rica do Estado español e unha das persoas máis influíntes. Entre as súas ultimas aparicións públicas Rosalía Mera exixiu ao ministro español de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón que non reformase a actual Lei de Interrupción Voluntaria do Embarado (IVE) logo de que o ministro anunciase que re-penalizaría o aborto mesmo nos casos de malformación do feto. Mera desenvolvía unha labor social a través da súa fundación a prol dos dereitos das persoas con diversidade funcional. |
NOS_9100 | Demanda un "orzamento finalista" para este nivel asistencial que supoña un 25% da partida sanitaria e reivindica as consultas presenciais. | A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galiza chama a se manifestar o vindeiro domingo 14 de novembro en Santiago de Compostela para reivindicar "máis recursos" para a Atención Primaria e que as consultas sexan presenciais, así como un "orzamento finalista" para este nivel asistencial que supoña o 25% da partida sanitaria. En rolda de prensa o portavoz de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, criticou a "política de recortes" na Atención Primaria e de "falta de persoal", que se agravou na pandemia. En especial, lamentou o "problema gravísimo" para acceder a centros de saúde, á vez que reivindicou a relación profesional-paciente coa consulta presencial. "A consulta de Atención Primaria ten que ser presencial", defendeu, así como a formación da "nova xeración" de profesionais sanitarios porque a consulta telefónica, ao seu xuízo, "pode producir un nesgo total na calidade de futuro". Implicación da sociedade na defensa da sanidade pública Para o portavoz de SOS Sanidade "a poboación está disposta a defender a Atención Primaria", comentou en relación ás protestas de meses pasados, á vez que alertou de que "a privatización está a avanzar de maneira preocupante". Tras incidir na "deterioración importante" do sistema sanitario, xustificou que a manifestación do 14 de novembro se centre en dúas reivindicacións principais, como, por unha banda, a petición de "máis recursos" e dun incremento orzamentario para a Atención Primaria na Galiza. Neste sentido, a plataforma demanda máis médicos e enfermeiras, así como outro persoal como fisioterapeutas, psicólogos clínicos, logopedas e traballadores sociais, entre outros. A segunda reivindicación céntrase en apostar pola "apertura da Atención Primaria". "Queremos consultas presenciais", resaltou Manuel Martín, que defende que "a atención ten que basearse no contacto". Nesta liña, a parlamentaria do BNG Montse Prado, cuxa formación apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade, resaltou que "a situación de deterioración vén de lonxe" e critica que sirva para "engordar a sanidade privada". Por iso, Prado aposta por incrementar o orzamento para a sanidade galega, cun 25% para este nivel asistencial por ser "idóneo" para implementar medidas en Atención Primaria, que considera un "elo fundamental". Estrutura directiva propia Nesta liña, María Xosé Abuín de CIG-Saúde defendeu un incremento dos orzamentos para a sanidade galega e unha partida específica para Atención Primaria de polo menos un 20% porque "é fundamental". A iso, engade a demanda dunha "estrutura directiva propia" para este nivel asistencial. Por parte de Podemos Galiza Adrián Seijas demandou "condicións laborais dignas" e un orzamento "suficiente" despois de "doce anos de destrución do público". Finalmente, por parte de CCOO, María Xosé Diéguez defendeu "máis orzamento" para a sanidade galega, "sobre todo para Atención Primaria", porque "está colla de persoal en todas as categorías", apostilou. "Queremos que a sociedade se mentalice que o día 14 temos que saír todos á rúa para defender a sanidade pública tal e como se merece", concluíu. |
NOS_31330 | Sivia Penas con Subministro é a finalista do certame. | 'Ningunha tortilla é mala' de Eli Ríos é a obra gañadora do Premio González Garcés de poesía entre os 92 orixinais presentados ao concurso. Como finalista, o xurado escolleu o libro Subministro da poeta Silvia Penas. O xurado destaca que na obra de Ríos, "hai unha poesía pictórica e secuencial, case minimalista que xoga coa metalingüística" e nela atopan tamén "humor e a retranca que, sen romper a profundidade do texto, o alixeira". "O texto ten a capacidade de conectar un mundo que vai do detalle ao universal, mediante un xogo linguüístico no que se vale dunha estética do silencio", apunta o fallo do xurado que fala dunha obra "moi sensorial que podería resumirse como o relato da elaboración dunha tortilla sinestésica como metáfora do desexo. O xurado estivo composto por Vicente Araguas, Enma Pedreira, Xosé María Álvarez Cáccamo, Rafa Vilar e Lorena Conde como gañadora da edición anterior, presidido pola vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei coa xefa de sección, Mercedes Fernández Albalat como secretaria. Eli Ríos gañou premios de poesía como o do XII Premio Concello de Carral (2009) con nós escoitando o badalo de marienplatz, o IV Premio de poesía erótica Illas Sisargas (2009) con rúa da cancela, o I Premio Figurante (2013) con María, o II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey (2014) con anamnese e o III Premio Gonzalo López Abente (2017) con Culpable. Ademais, como narradora, Eli Ríos gañou o Modesto Figueiredo en 2015 con Doe tanto a túa ausencia, o XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración da Deputación de Ourense con Marta e a píntega, e o Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña en 2017, na primeira edición en que se convocou unha modalidade exclusiva para galego coa obra Luns. A autora forma parte do colectivo de crítica literaria feminista A Sega e colabora na revista dixital do mesmo nome. Silvia Penas, finalista do premio, forma parte do proxecto musical e poético Cinta Adhesiva e ten publicado os libros As uñas crecen (Sotelo Blanco, 2014), gañadora do Premio Lueiro Rey de Fornelos de Montes e Diario de landras, bailarinas, asasinas e flores, (Fervenza, 2016), gañador do premio Avelina Vallarades O premio consiste en 6.500 euros máis a publicación da obra premiada por parte da Deputación da Coruña dentro da colección do Premio González Garcés. |
NOS_51927 | Nunha data sinalada, a marcha convocada por EH Bildu pide a independencia de Euskal Herria entre mensaxes antifascistas. | Milleiros de persoas percorreron na tarde do sábado a distancia entre a praza da Casilla e o Concello de Bilbo (Euskadi) convocadas por EH Bildu, reivindicando a independencia de Euskal Herria para crear unha República vasca de "libres e iguais". A data, 20 de novembro, é sinalada para a esquerda abertzale. Un día coma este sábado en 1975 o ditador Francisco Franco morría na súa cama, e máis en 1984 e 1989 o terrorismo de Estado español acababa coas vidas de Santi Brouard e Josu Muguruza. En homenaxe aos militantes abertzales, realizouse unha ofrenda floral pola mañá, antes do acto de conmemoración, o Egiari Zor, ao que se achegaron centos de persoas. Ademais da representación do Bloque Nacionalista Galego, Esquerra Republicana de Catalunya, as Candidatura d'Unitat Popular, Més per Mallorca e Andecha Astur, en solidariedade internacionalista, arredor de 80 autobuses desprazáronse doutras partes do territorio para apoiar o lema da marcha, "Lortu arte", en galego, "até o conseguir". Edurne Brouad, filla do dirixente abertzale asasinado polos GAL; Mertxe Aizpurua e Bakartxo Ruiz, voceiras de EH Bildu no Congreso e o Parlamento de Nafarroa; Maddalen Iriarte, voceira no lexislativo de Euskadi, e Arnaldo Otegi, coordinador xeral do partido, portaron a pancarta que abriu a mobilización. Oportunidade de reencontro A comitiva avanzou entre berros pola independencia, mensaxes antifascistas ou a prol da liberdade dos presos, acompañados de ikurriñas e bandeiras de Nafarroa con lemas a prol da independencia. O evento tamén foi unha oportunidade de reencontro entre a militancia de EH Bildu que aínda está recuperando a actividade que freou de súpeto en marzo de 2020, coa aparición da pandemia de Covid-19, sinalan medios vascos, salientando a omnipresenza do virus na marcha, onde se reiteraba a necesidade de camiñar coa máscara e que, "unha vez máis, o coidado mutuo é a mellor ferramenta dos soberanistas de esquerda". |
NOS_53662 | No pleno do 6 de agosto de 2012 exhibiron cartaces en contra do edificio de 300 vivendas que o Concello pretende construír no lugar, situado na contorna da Torre de Hércules, provocando "un grande impacto demográfico, ambiental, social e patrimonial" | Seis veciñ@s do polígono coruñés de Durmideiras sentaron esta quinta feira no banco d@s acusad@s por uns feitos que se remontan ao 6 de agosto de 2012, cando o Concello da Coruña, gobernado en maioría absoluta polo PPdG, aprobou o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) que afecta á zona e á contorna da Torre de Hércules. Está proxectada a construción dun edificio con 300 vivendas que fora descartado nos anos '90, cando o alcalde da cidade era Francisco Vázquez, e que suporá, tal e como denuncian fontes veciñais en conversa con Sermos Galiza, "un enorme impacto ambiental, demográfico e patrimonial", recordando que a Torre foi declarada Patrimonio da humanidade da Unesco. Durante o pleno de agosto, @s veciñ@s sacaron cadanseu cartaz rexeitando este "pelotazo" nun espazo coñecido como Agra de San Amaro, na baixada á praia, que queren facer edificábel levantando un edificio no lugar onde agora hai unha canteira, o "xardín vertical", como a coñecen no barrio, dada a abundante vexetación que agromou nela. A construción realizarase en virtude dun proxecto denominado 'Plan especial de protección da Torre de Hércules'. "Hai que ter cara para lle chamar así", continúan as mesmas fontes consultadas, que enfatizan que o problema "non é só para uns particulares aos que nos van poñer un mamotreto diante da casa que parecerá unha praza de touros", senón para toda a cidade da Coruña. Un xuízo "político" O protesto que protagonizaron non provocou en ningún momento a interrupción do pleno municipal. Porén, foron identificad@s e recibiron unha citación xudicial por alteración da orde pública e desobediencia á autoridade. "É un xuízo político", apunta a veciñanza, explicando que a avogada do Concello aproveitou o xuízo "para intentar criminalizar a asociación de veciños de Atocha-MonteAlto", un barrio onde xa pecharon a biblioteca municipal "e acometeron outras represalias pola solidariedade que tiveron connosco e porque non están adoutrinados". Subliñan que "o ataque" contra o presidente da mencionada asociación, Alberte Fernández Marinho, "foi moi descarado". O xuízo quedou visto para sentenza. |
NOS_58383 | SOS Sanidade Pública cualifica de "éxito" o progreso da campaña, que nos próximos días tomará un novo impulso. | A plataforma SOS Sanidade Pública vén de cualificar de "éxito" o inicio da recollida de sinaturas para a iniciativa lexislativa popular 'Salvar a Atención Primaria'. O obxectivo desta campaña é levar a ILP ao Parlamento da Galiza para que debata e aprobe unha serie de medidas urxentes para abordar a situación que enfronta a Atención Primaria no país. A pesar de que a campaña comezou no verán, explican desde o colectivo, "a resposta cidadá está a ser impresionante" nestes momentos, con colas para asinar nas numerosas mesas instaladas ás portas dos centros de saúde, prazas, feiras e outros lugares de diferentes localidades. SOS Sanidade Pública presenta unha ILP para "revitalizar a Atención Primaria" Nalgúns casos, detallan, contaron co apoio das plataformas locais para a defensa da sanidade pública, líderes sociais, políticos, sindicais, organizacións de pacientes e os propios concellos. A campaña, que durará até novembro, reactivarase nos próximos días acompañada por novas concentracións, manifestacións, actos informativos e debates sociais. No comunicado, a plataforma aproveita tamén para facer un chamamento ás organizacións profesionais que integran a Atención Primaria, colectivos cidadáns, organizacións de pacientes, federacións veciñais e calquera colectivo interesado en defender e fortalecer a Primaria, que está "en proceso de desmantelamento pola Xunta". ANÁLISE | Propostas para un novo modelo de Atención Primaria en Galicia, por Manuel Martín "É esencial continuar e incrementar a mobilización para facer chegar á Consellaría de Sanidade e ao Sergas a exixencia de recuperar as prazas recortadas, incorporar novas categorías profesionais nos equipos, reabrir centros e PAC, recuperar as consultas presenciais, acabar coas listas de espera e renovar as actividades con pacientes crónicos", subliñaron. A ILP, rexistrada en xuño na Cámara, ten por obxectivo que as e os deputados debatan e propoñan "unha serie de medidas para garantir o acceso, da poboación á Atención Primaria, o fin das listas de espera, un nivel de persoal suficiente, garantir a equidade na atención, mellorar as condicionais laborais e a estabilidade do persoal, reabrir centros pechados, recuperar a autonomía de xestión da Primaria, dar participación real á poboación e desenvolver o modelo comunitario en colaboración con institucións e organizacións de cada localidade". |
PRAZA_2904 | Que se buscaba coa candidatura unitaria que todos defendiamos? Non era unha alianza estratéxica heteroxénea, de esquerdas e galeguista, para acadar de vez un grupo parlamentar propio? | A quen lle pareza ingobernábel o novo parlamento do estado español diríalle que non coñece a miña comunidade de viciños, e a cousa vai indo. * A televisión marcou decisivamente os resultados de En Marea e de Nós, Candidatura Galega. Pode ser. Situou extramuros aos indesexábeis e coas súas pseudoenquisas sobrecociñadas contribuíu a desencadear un efecto fervenza ou dominó na opinión pública, a favor da euforia vigorizante e contra o globo desinchado que a caverna sinalou como tais. Tamén é certo que hai xente que lle ten moita fe á televisión, especialmente os máis vellos. * Unha persoa, un voto. Como non! A lei electoral é un muro antidemocrático para conter as minorías e as periferias, e cómpre cambiala. Cun reconto proporcional ou a circunscrición única, Nós pasaría en Galiza de acadar cero deputados ou deputadas a un. Como se ve, a diferenza é sustantiva. E se sumamos o prexuízo televisivo, o resultado sería mesmo un 100% superior. Ou sexa, dous. Números cantan. * PSOE, PP, a mesma merda é. A xente ten un sexto sentido para asentar as coplas e esta merece todo o éxito do que leva gozado. Agora parece que ambos partidos pensan que a repetición das eleccións lles favorecería. Isto é coma quen ve caer un piano na perpendicular da propia cabeza e, en vez de afastarse, comeza a calcular as posibilidades de que unha racha de vento o desvíe. * Que se buscaba coa candidatura unitaria que todos defendiamos? Non era unha alianza estratéxica heteroxénea, de esquerdas e galeguista, para acadar de vez un grupo parlamentar propio? Heteroxénea non quere dicir que non todos ían ser dos nosos? Entón? * A candidatura única foi imposíbel polo mesmo motivo que é imposíbel poñer de acordo aos donos dun can de palleiro e unha cadela de raza pura e con pedigree, ou viceversa, para que se crucen. Os cans non porían maiores atrancos pero sempre habería un dono ou outro que morrería antes de ceder. Ou sexa, quen di un... di outro. * Falando de cans. Co 100% escrutado confírmase que na cidade máis poboada de Galiza a candidatura de Nós acada case un terzo dos votos que a de Ciudadanos e supera con claridade ao Partido Animalista. * En Marea leva algúns nacionalistas coma maquillaxe pero o resto son dos malos, o inimigo, o cabalo de Troia. As forzas que caeron na trampa de Podemos acabarán diluídas e sometidas á disciplina da Complutense, na mediocridade absoluta. Como Ada Colau? Que putada, non? * A nivel do Estado o dato máis doado de adiantar, unha auténtica profecía autocumprida ou día da marmota, é que o resultado de Izquierda Unida (tamén candidatura de unidade popular) vai ser inxusto. Os seus votos van valer infinitamente menos que calquera outro e porán en evidencia a tendenciosidade da lei electoral. E teñen razón. Sabemos que vai ser así e poderiamos redactar a crónica para contalo con anos de antelación. Un case sente a nostalxia por adiantado, coma o can que segrega o cuspe cando se achega a hora da comida. Quen non querería para si esa sensación de expectativa e nostalxia pola verdade e a resistencia heroicas? Nas eleccións galegas, dentro duns meses, disporemos da oportunidade de volver experimentala e, xa volo anuncio, teremos razón. * A candidatura de Nós coincidía máis con moitos dos meus principios que a de En Marea, e votei por ela. O problema é que os meus principios non coinciden cos do resto da cidadanía. Con todo, seguirán sendo os meus principios e, se algún día me mudo a unha illa deserta, o goberno rexerase por eles. * Un dos datos máis difíciles de ignorar e que persoalmente me sacudíu con máis contundencia foi que, mesmo en Pontevedra e en Carballo, onde goberna o BNG cun apoio maioritario e co consenso xeral de que está a traballar de maneira exemplar, o apoio a Nós foi case marxinal. "Si", dixo a xente, "sei perfectamente que o estades a facer de perlas no concello e por iso vos votei, quero volver facelo, pero aínda así a candidatura na que concorredes non é a máis axeitada neste momento". Branco e en botella. * "Que facer?" preguntárase Tolstoi. Primeiro: A fidelidade é un valor positivo. Serlle fiel ás persoas que un quere é unha fonte de ledicia para nós e para elas. Cando a fidelidade incondicional se proxecta nunha estrutura política... que sei eu? Ninguén ten dereito a dicirlle a ninguén como debe administrar as súas emocións. Segundo: O propósito da concorrencia electoral non é a busca da pedra filosofal nin da razón obxectiva. No debate político ninguén ten "a" razón, todo o mundo ten "a súa" razón. Do que se trata é da determinación da nosa posición persoal e relativa no sistema social, a identificación de intereses, a conformación de alianzas con grupos afíns, a adopción de compromisos e metas parciais e transitorias e a valoración da propia forza para presionar a favor delas fronte ao resto dos grupos e terceiras partes. Non é un lazo de sangue nin un camiño de perfección. Non precisamos fe cega en Gas Natural Fenosa para conectarnos á súa rede. Terceiro: Podemos fuxía de coaligarse co BNG coma dun cable descuberto ou de enxaugar a boca con vinagre: esas siglas danarían os seus intereses entre o electorado galego non nacionalista e por suposto nos medios españois. Se agora toda a militancia nacionalista decidise integrarse a título individual na Marea, a Podemos daríalle un patatús e proporía manter con vida ficticiamente as siglas do BNG para poder vender que con eles non querían tratos, que eles o estado plurinacional si pero a autodeterminación non, o que significa que por unha parte xa ves, e pola outra... que queres que che diga? Cuarto: Que non sei se valoramos axeitadamente as nosas circunstancias e os elementos en xogo. Imaxinade a dous mozos na barra dunha discoteca, co corpo a suar e a copa na man, excitados e eléctricos mentres contemplan como na pista bailan entre risas e despreocupadas Rihanna e Scarlett Johansson. Os ghichiños envían o que queda da copa nun grolo, chocan a man no alto e, mentres camiñan en dirección á pista un deles dille ao outro: "A morena p'a min, eh". Pois iso. Saúde e república, ou polo menos sorte. |
PRAZA_4318 | Vense de poñer en marcha nas redes sociais a campaña #OsMunicipiosCooperan, cunha serie de vídeos protagonizados por representantes municipais de Galicia e da África lusófona que poñen en valor a cooperación para o desenvolvemento impulsada polos concellos e deputacións. | O Covid-19 puxo de manifesto que o mundo está fortemente interconectado e que o coroavirus pode chegar a practicamente todos os recunchos, independentemente das características de cada poboación. No entanto, se ben é certo que as sociedades occidentais sufrimos un duro golpe, a situación tende a agravarse nos países máis empobrecidos, que non dispoñen de recursos para frear a pandemia. Ademais, somos conscientes de que o virus non entende de fronteiras e un só Estado non pode vencelo, pois debe erradicarse a nivel global.Neste contexto cobran se cadra máis relevancia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible aprobados por Nacións Unidas en 2015 co fin de acabar coa pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas nun prazo de quince anos. En especial, o ODS 17, que chama a "revitalizar a alianza mundial para o desenvolvemento sostible". Para que a tamén denominada Axenda 2030 sexa eficaz precísanse acordos entre os gobernos, o sector privado e a sociedade civil. Estas parcerías constrúense sobre principios e valores compartidos, e créanse a nivel local, rexional, estatal e mundial. Os países máis desenvolvidos teñen a responsabilidade de apoiar a aqueles menos adiantados para mellorar a vida das persoas e nesta liña traballa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que o Concello de Ribeira forma parte, pois as entidades locais teñen un papel clave neste reto. De aí que se veña de poñer en marcha nas redes sociais a campaña #OsMunicipiosCooperan, cunha serie de vídeos protagonizados por representantes municipais de Galicia e da África lusófona que poñen en valor a cooperación para o desenvolvemento impulsada polos concellos e deputacións. Ademais, calquera persoa ou entidade pode sumarse á iniciativa subindo unha mensaxe de apoio co hashtag #OsMunicipiosCooperan.Así mesmo, o Fondo Galego financiará neste exercicio cinco proxectos en Mozambique e Guinea-Bissau para paliar os efectos do Covid-19, cun investimento total de 98.126 euros. Por unha parte, na vila mozambicana de Nhamatanda apoiarase a construción dun sistema de abastecemento de auga, tan necesaria na loita contra o coroavirus e outras enfermidades xa presentes na zona, amais de contribuír á expansión da rede eléctrica e da iluminación pública, de xeito que se loitará contra a pobreza reactivando sectores como o empresarial e o educativo.Doutra banda, promoveranse proxectos de axuda humanitaria, un deles coa Fundação Encontro para reducir a vulnerabilidade de nenos e nenas facilitándolles o acceso á formación e á saúde e outro para subministrar mascaras, termómetros e elementos de desinfección a través da Asociación Nacional de Municipios Mozambicanos. En Guinea-Bissau, a intervención encamiñarase a sensibilizar á veciñanza sobre as medidas que deben tomar e máis á distribución de materiais de prevención e alimentos entre as familias desfavorecidas.Estas accións promovidas polo Fondo Galego permítennos ás 101 administracións locais e provinciais socias estender o compromiso solidario da nosa poboación cara outros territorios, dun xeito eficiente. Contribuímos así á loita contra as desigualdades, actuando desde o local para acadar un cambio global. Non hai mellor maneira de celebrarmos o Día de África. |
NOS_7647 | Ambos os partidos, un da Galiza e outro de Portugal, consideran que poden traballar de maneira conxunta para promover e reclamar iniciativas que sexan beneficiosas para os dous territorios. | O BNG vén de asinar unha alianza co Bloco de Esquerda para dar impulso a proxectos vinculados co ferrocarril que supoñan beneficios de todo tipo para Galiza e Portugal. Así o acordaron representantes de ambas formacións nunha reunión presidida por Ana Pontón (portavoz nacional do BNG) e Catarina Martíns (coordinadora nacional do Bloco) que decorreu esta segunda feira en Vigo. A idea non era outra que crear unha alianza estratéxica pensando nos "intereses comúns" que existen entre os dous territorios e que pode ser preciso pór aínda máis de manifesto ante as Administracións públicas. Se ben o Executivo portugués xa amosou o seu compromiso cunha conexión por tren entre Lisboa e Vigo, no Estado español foi o Eixo Atlántico o que intentou convencer á Xunta para reclamar un proxecto e fondos para acometer a parte galega da infraestrutura ao Goberno de Pedro Sánchez. A axenda podería ter sido moito máis ampla, pero neste primeiro encontro as partes preferiron centrar o diálogo en tres iniciativas que consideran fundamentais. Todas elas, iso si, pensadas para a conexión por tren para mover pasaxeiros ou mercadorías: a conexión ferroviaria Vigo-Porto, o Corredor Atlántico de Mercadorías con Europa e o Eixo Atlántico de Mercadorías Ferrol-Sines, "prioritarias para o desenvolvemento económico e social, ganar en competitividade e para xear riqueza e emprego". A líder do Bloque explicou, após o cumio, que se acordou pór en marcha "un grupo de traballo estábel e promover unha alianza estratéxica entre Galiza e Portugal que actúe como lobby para defender estes proxectos claves para non perder o tren do futuro, aproveitando ademais o financiamento extraordinario que supón o fondo de reactivación Next Generation". "E para iso sumamos forzas nun polo atlántico que exerza influencia e actúe de contrapunto a un centralismo que ameza con deixarnos fora da primeira velocidade, reforzar un polo atlántico para defender os intereses comúns de Galiza e de Portugal ante o deseño centralista das infraestruturas que impulsa o Estado español e tamén ante a inacción do Goberno galego cun presidente da Xunta sen iniciativa que, na práctica parece compartir ese deseño radial madrileño", subliñou Pontón. Tres puntos chave Facendo especial fincapé no corredor Lisboa-Vigo, a portavoz nacional pediu apoio para a saída sur de Vigo porque malia ser só 30 quilómetros de percorrido até a fronteira portuguesa "a modernización" da liña existente "suporía un salto de xigante para conseguir unha mobilidade sustentable e para a cohesión económica e social entre Vigo e o Norte de Portugal". Respecto ao traxecto para as mercadorías, Pontón cre que "non pode quedar relegado fronte ao Corredor Mediterráneo por parte do Estado español". De feito, advertiu de que "non imos permitir dúas velocidades para ambos corredores no que saiamos perdendo e por iso urxe facer de contrapunto á aposta política e orzamentaria a favor do mediterráneo". O terceiro eixo tratado, o de Ferrol-Sines axudaría ao dinamismo económico. Críticas ao traballo de Feixoo Neste contexto, a nacionalista foi moi crítica coa xestión da Xunta. "Feixóo non estableceu ningunha alianza estratéxica co país veciño en tres anos pese a presidir o grupo de traballo da eurorexión desde 2017", dixo. Ao seu parecer hai "máis iniciativa no Goberno portugués que no español e no galego, e consideramos un paso adiante a aposta do Executivo luso polo eixo ferroviario Lisboa-Porto-Vigo, ignorando as presións para priorizar Lisboa-Madrid". |
NOS_32610 | Nun encontro con xornalistas en Ourense, o candidato á Xunta de Galiza polo BNG, Francisco Jorquera, asegurou que a negativa de Núñez Feijóo a debater a tres bandas era por temor a que o BNG "lle saque as cores". | O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, volveu repetir esta quinta, que o adianto electoral se debía ao ditame de Rajoy e que o apoio a Núñez Feijóo o vindeiro 21 de outubro, "é dicir si ás políticas de Rajoy". No transcurso do almorzo informativo con diversos medios de comunicación, o nacionalista amosou a súa preocupación polas consecuencias que carrexaría para Galiza un outro rescate, especialmente a respecto de novos recortes nos servizos públicos. Neste sentido, o candidato do BNG lembrou que o goberno de Mariano Rajoy xa fixo uso dos fondos procedentes das mutuas para pagar as pensións e asegurou que as políticas desenvolvidas polo goberno español "poñen en risco a sustentabilidade do sistema público de pensións", algo especialmente preocupante no noso país, cuxas pensións son as máis baixas do estado. Preguntado pol@s xornalistas sobre a oposición de Alberto Núñez Feijóo a debater conxuntamente coas demais forzas políticas, Jorquera aseverou que "ten medo a que o BNG lle saque as cores" poñendo riba da mesa a súa mala xestión durante estes anos de lexislatura, en que só trouxo "máis desemprego, máis recortes e o deterioro dos servizos públicos". Neste sentido, Jorquera manifestou que o 21O Galiza debe apostar polo cambio real que representa a fronte nacionalista en troca "dunha simple alternancia de goberno". |
NOS_33549 | O sábado 1 de febreiro reclamarán cunha manifestación en Vigo a devolución de 500 millóns de euros a máis de 35.000 afectad@s. As Plataformas de Afectad@s por Preferentes e Subordinadas afirman que non pararán ate cobrar integramente os seus cartos. | Saíra desde o cruce da rúa Aragón con Urzaiz ás 11 da mañá e rematará na Porta do Sol de Vigo. Afectad@ por Preferentes e Subordinadas esixirán, máis unha vez, a devolución íntegra dos seus aforros que estiman en 500 millóns de euros a máis de 35.000 afectad@s. "Hai ano e medio, o presidente da Xunta, o Sr. Feijóo afirmaba que se ía buscar unha solución para as preferentes e subordinadas, pero hoxe o problema está sen solucionar", sinalan no comunicado emitido pola Plataforma de Compostela, que denuncia que o presidente da Xunta se negou a recibir unha representación das plataformas. Tampouco foron recibidos polo Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde nin polo Vicepresidente e Conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, cargos da Xunta aos que solicitaron entrevistas. Diríxense tanto ao FROB e ao Ministerio de Economía como aos futuros directivos de Banesco para advertirlles que "compraron un banco, pero tamén compraron un problema: os estafados coas preferentes e subordinadas". Anuncian que non van parar ate a recuperación total do seu diñeiro. Sen resposta de Escotet Tampouco teñen resposta a do Presidente de Banesco, Escotet, a quen lle solicitaron unha xuntanza malia recoñeceren que o control do Consello de Administración de NGB continua en mans do FROB e o Ministerio de Economía. Lembran que as persoas estafadas contan só coa demanda xudicial como vía aberta neste momento e esixen a retirada das multas e sancións administrativas que foron impostas nas mobilizacións aos membros das plataformas. Convidan a colectivos cidadáns, movementos sociais, sindicatos e partidos que neste tempo saíron a rúa en protesta contra os recortes sociais e dereitos que se sumen á mobilización de Vigo e apoien aos colectivos "estafados polas entidades financeiras". |
NOS_29083 | A cultura do mar e a presenza de figuras femininas son unha constante na obra de Viki Rivadulla. A mostra Atlánticas. Mulleres do Nordés, exposta no claustro alto do Pazo de Fonseca, reflexa á perfección estas dúas cuestións. Seguindo a súa liña artística, Viki tamén deseñou a capa do Sermos Galiza desta fin de semana, un especial sobre Rosalía de Castro. | Como foi o proceso de creación do cadro da poeta? Foi todo moi rápido. Desde un primeiro momento, tiven claro que quería facer algo semellante ás miñas "atlánticas" de Fonseca. Elas levan todas aparellos nas mans, como se fosen guerreiras ou loitadoras e cavilei no que podía levar Rosalía. Ocorréuseme a imaxe do toxo, como símbolo do país e como algo fermoso, pero tamén forte e bravo. Logo, tamén incluín a balea. Eu case sempre introduzo elementos mariños na miña obra e a balea aparece como metáfora da forza, da liberdade e da nobreza dos animais. Gustábame a súa imaxe, asentada na gorxa e representando o berro de Rosalía, a súa voz berrando pola liberdade. Tamén tiña que facer unha chiscadela ao feminismo, de aí o pendente que co seu símbolo. Aparece unha estrela na súa fronte, como se fose unha especie de elixida... Tiven claro á hora de facelo que non quería transmitir esa imaxe da Rosalía soidosa e triste que se quere mostrar moitas veces, senón esa muller resolta, desafiante e forte. Absolutamente revolucionaria e xenerosa. Tamén emprega unhas cores moi vivas e intensas. As cores son as de sempre. Son unha constante na miña obra esas cores fortes, sempre as emprego porque son as que a min me gustan e danlle forza á imaxe. Imaxino que ten que ver co meu carácter, apaixonado. Gústame vivir todo intensamente e coas cores ocorre o mesmo. Ten moito que ver tamén co mundo no que vivo, que é o mar. É un mundo cheo de cor. Os portos, as embarcacións e demais teñen esas cores, entón están presentes na miña obra todas esas cores que rodean a miña vida. Cales son as orixes da mostra Atlánticas. Mulleres do Nordés? Neste caso, nacen por unha preocupación que teño polo mundo do mar. Por unha banda, para poder contar o lugar onde vivo, como é a vida no mar e como é a nosa costa. Logo, falar tamén das mulleres e darlle visibilidade ás mulleres do mar. Tradicionalmente, sempre estiveron invisibilizadas, a figura do central no mundo do mar é o home e interésame sacar á luz todos eses oficios don mar e ás mulleres que están nutrindo e aguantando todo ese universo. Ademais, tamén está esa preocupación que teño por como está o mundo do mar agora mesmo, xa que semella que se está substituíndo o seu modelo de vida. Practicamente todo o mundo vivía do mar e, agora, iso vai cada vez a menos. Estase a suplir por un modelo turístico. Non teño nada contra do turismo, pero é un eido que ten pouco que ver coa nosa identidade, que está de costas ao mar. Antes víase á xente na lonxa, descargando barcos... Iso cada vez está menos presente, o mundo do mar vai esmorecendo e os oficios van desaparecendo. O problema xa non é so ese, senón que tamén perdemos a identidade, porque realmente somos xente de mar e iso ten que ver coa nosa forma de ser, de estar no mundo, de pensar, etc. Se deixamos o mundo do mar, vaise algo moi importante non so para a costa, senón para toda Galiza, que é un lugar que mira ao mar. Na exposición, resultan rechamantes unha serie de cadros co fondo vermello. Cando preparei a mostra, fun pintando en parellas ou tríos de cadros, teñen que ver uns cos outros. Hai unha parte que ten ese fondo vermello, que para min está estreitamente relacionada co lugar onde vivo, a parte máis muxiá. Aí está a Punta da Barca ou os secadoiros de congro, que son un sinal de identidade do que é a cultura do mar e da súa resistencia. Son os únicos que quedan en toda a costa galega. Eses cadros de fondo vermello son moi muxiáns. Non sei porque elixín esa cor, quizais porque é unha cuestión que ten máis forza para min e que me chega máis dentro. Ás veces, esa escolma da cor é inconsciente, sáeche así. |
NOS_27843 | A deputada parlamentar do BNG, Carme Adán, advertiu ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, que Galiza se atopa nunha "situación límite", despois de coñecer os datos do paro proporcionados esta sexta pola EPA. | A deputada parlamentar do BNG, Carme Adán alertou de que o 20% das persoas desempregadas no Estado español son galeg@s. Adán, advertiu ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, que Galiza se atopa nunha "situación límite", despois de coñecer os datos do paro proporcionados esta sexta pola EPA. A nacionalista, exixiu a Núñez Feijóo que asuma as súas responsibilidades e deixe de esconderse detrás de cortinas de fume, "como a redución de democracia", apelando á supresión de deputad@s no Parlamento de Galiza. Carme Adán, lembrou as verbas do presidente, cando en 2009 aseguraba que acabaría co paro en 45 días e "nestes momentos Galiza está á cabeza do Estado en destrucción de emprego", aseverou Adán.A deputada do BNG lembrou que neste trimestre o diferencial a respecto da media estatal é dun 25,64% máis que o pasado ano nestas datas. As familias verán incrementado o prezo do material escolar do 4 ao 21% Carme Adán lembrou a suba do IVE aprobada polo goberno español na última vaga de reformas e asegurou que o vindeiro curso académico exixirá un "esforzo inasumíbel". Neste senso, o grupo parlamentar do BNG vén de presentar unha proposición non de lei para que o goberno da Xunta de Galiza manteña o tipo impositivo no 4%. Así mesmo, a deputada nacionalista dixo que agarda coñecer a postura do conselleiro de Educación sobre o anteproxecto de lei "regresivo que prepara o Ministerio, que recupera as reválidas como medida contra o fracaso escolar". A fraude electoral promovida por Feijóo supón merma da democracia A respecto do anuncio de Núñez Feijóo que pretende reducir o número de parlamentares de 75 a 61, Carme Adán asegurou que non se trata dunha medida de aforro, como pretende facer crer o goberno da Xunta, senón unha "merma da democracia" encamiñada a favorecer electoralmente ao Partido Popular a través dun "pucheirazo electoral". Adán intou ao goberno de Feijóo a reducir os gastos da administración galega "suprimindo as campañas publicitaria como a publicada a pasada semana no DOG" cuxo custo alcanzaba o millón de euros. |
PRAZA_19368 | A proposta de En Marea, apoiada por PSdeG e BNG e rexeitada polo PP, propuña ampliar o limiar da renda para acceder ás axudas non limitalas a fogares nos que vivan menores de idade ou persoas con discapacidade | A Xunta reduciu neste 2017 un 62% a dotación orzamentaria do seu tícket eléctrico, a axuda de 180 euros ao ano para contribuír ao pagamento da factura da luz de fogares con poucos recursos -300 euros, no caso das familias numerosas-. Esta mingua prodúcese só un ano despois de que o Goberno galego incrementase a achega destes subsidios un 40% ata acadar 2,1 millóns de euros dos que apenas o 20% acabaron pagando axudas, mentres que un 40% foron transvasados a outros gastos da Administración, dende programas de comercio xa previstos a pleitos xudiciais, un estudo sobre publicidade e mesmo o alumeado da Cidade da Cultura. Con este pano de fondo a oposición parlamentaria esixiu este martes, sen éxito, que a Xunta flexibilizase os criterios do tícket para poder beneficiar a máis poboación. A proposta chegou ao pleno da Cámara a través dunha moción de En Marea e no marco dun debate máis amplo sobre pobreza e enerxía eléctrica, toda vez que chegou xusto despois doutra iniciativa do BNG a prol dunha tarifa eléctrica galega. Ambas propostas foron retrucadas dende o PP pola deputada ourensá Marta Nóvoa, quen censurou que o Bloque formulase a súa iniciativa dende unha "ideoloxía separatista" e desdeñou a proposta de En Marea considerando que "as mareas non queren solucións nin para a xente de Galicia nin para o resto de España", xa que os representantes da formación no Congreso "votaron en contra" da nova formulación do bono eléctrico social. "Será responsabilidade das mareas -ironizou no seu retruque o deputado Antón Sánchez- que vostedes saquen unha orde", a do tícket eléctrico, "e que en vista de que non chega a suficiente xente, en vez de ampliar os criterios recortan o orzamento". Nomeadamente, a moción tamén apoiada por PSdeG e Bloque apostaba por modificar a última orde de convocatoria das axudas, ditada o pasado xaneiro, para elevar a renda das familias que poden acceder a elas de 9.600 a 11.500 euros, eliminar requisitos como a esixencia de que nos fogares solicitantes convivan menores de idade ou persoas con discapacidade e, ademais, elevar a contía de 180 a 240 euros. Adicionalmente, a moción propuña tamén modificar as axudas de emerxencia que a Xunta presentou como vía para evitar os cortes de luz durante un mes. A proposta de En Marea, apoiada por PSdeG e BNG, propuña ampliar o limiar da renda para acceder ás axudas non limitalas a fogares nos que vivan menores de idade ou persoas con discapacidade Estas reformas, coida Sánchez, permitirían simplemente "que as súas ordes, que non chegan, cheguen a máis xente" e, en última instancia, "para chegar ao número de persoas que vostedes propuxeron". No entanto, censura, o rexeitamento dos conservadores significa, ao seu xuízo, que as accións da Xunta contra a chamada pobreza enerxética son simplemente "un fracaso, publicidade e propaganda". A proposta de En Marea recibiu o apoio do Bloque, que a través da deputada Noa Presas instou a Xunta a non limitarse a constatar que "non houbo máis solicitudes". O voto a prol chegou tamén da banda do PSdeG, que a través de Abel Losada puxo tamén o foco na, dende o seu punto de vista, escasa "conexión coa realidade" do Goberno. Un "exemplo metafórico", afirma o parlamentario, é que a vía para solicitar estas axudas sexa unicamente internet. "Como vai haber demandas se a xente non ten nin acceso á información" sobre como solicitalas? Pregúntase. Finalmente, os votos do PP rexeitaron ambas propostas. |
NOS_19956 | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de dar a coñecer unha batería de preguntas rexistradas para que o Goberno español dea a coñecer o grao de execución do fondo de 10,5 millóns para a promoción audiovisual nas linguas diferentes do español inserido nos Orzamentos para 2022. | Desta maneira, Rego require información sobre os criterios de repartición do fondo entre os distintos territorios e administracións, a data para a transferencia a través da sinatura de convenios cos organismos competentes e se existe a posibilidade de ampliar a partida para un mellor financiamento da industria. A través dunha nota de prensa, o deputado nacionalista lembra que a emenda presentada polo BNG, EH Bildu e ERC durante a tramitación dos Orzamentos do Estado para 2022 conseguiu ser aprobada tras unha transaccional que creaba un fondo de 10,5 millóns a transferir mediante convenios aos organismos competentes dos distintos territorios con lingua propia. Esta partida, acrecenta o BNG, tiña como obxectivo promover a produción, distribución e promoción da industria cinematográfica e audiovisual en galego, catalán e euskera. A nova lei do audiovisual entra en vigor este sábado "Pasados máis de oito meses desde a entrada en vigor destes orzamentos e, entrados no mes de setembro, descoñécese se se executou esa partida e mesmo os criterios para a repartición do fondo entre os distintos territorios que poderían participar del", expón Rego. "Queremos coñecer o estado actual da tramitación da transferencia de crédito aos organismos das diferentes administracións con lingua propia e competencias en materia de promoción audiovisual, así como dos criterios de repartición que desde o Goberno se están aplicando para adxudicar os fondos" afirma o deputado do BNG. As produtoras independentes galegas alertan das consecuencias da Lei audiovisual "Descoñecemos, a día de hoxe, se se tivo contacto con estes organismos e mesmo se se asinaron os convenios –tal e como recollía a emenda- con todas as entidades dos diferentes territorios que poden participar deste fondo" subliña Rego. Alén do máis, ao ser varios os territorios que poden optar a este fondo para o financiamento da industria cinematográfica e audiovisual en galego, catalán ou euskera, a fronte nacionalista procura coñecer os criterios de repartición do fondo e mesmo, se callar, "a posibilidade de ampliar esta partida para un mellor e máis adecuado financiamento". |
NOS_58184 | A historiadora Encarna Otero ofrece mañá quinta feira na Facultade de Filosofía un relatorio sobre "As mulleres na Irmandade de Compostela", na que reivindica o seu papel neste movemento. | Esta é a última palestra das Xornadas "As Irmandades da Fala en Compostela", organizadas pola AC. O Galo, que tivo lugar a semana pasada e tivo que ser adiada pola celebración do 25 de novembro. Otero, malia recoñecer que "en Compostela, a diferenza da de Coruña, nunca tivo moito protagonismo feminino, nin unha sección feminina como tal organizada", si afirma que "houbo mulleres activas e algúns homes que desde o principio viron no feminismo unha liña de traballo importante", sobre todo no caso de Porteiro Garea. "A min paréceme incrible que a estas alturas aínda haxa autores de libros publicados recentemente que se atrevan a dicir que nas Irmandades non había mulleres", espeta. En Compostela a historiadora afirma que atopou tres referenzas de mulleres que participaron nas Irmandades: Olimpia Valencia, Pura Lorenzana e María Miramontes, "que chega a Santiago en 1931, sendo militante das Irmandades e continuando o seu proxecto iniciado na Coruña das 'Escolas do Ensiño Galego'". Encarna Otero: "A min paréceme incrible que a estas alturas aínda haxa autores de libros publicados recentemente que se atrevan a dicir que nas Irmandades non había mulleres" No caso de Olimpia Valencia, "participa no Cuadro de Teatro, e mesmo actuou no Teatro Principal".Mentres, "Pura Lorenzana tiña claramente o carné de militante, pronuncia unha conferencia no Salón Teatro en 1929 no que reclama o nacionalismo como alternativa política para Galiza", mantén Encarna Otero, quen salienta que "as irmandiñas tamén fan política, non son señoras de, nin irmáns de, teñen a súa propia capacidade de traballo". No relatorio, Otero tamén falará das mulleres que traballaron no Seminario de Estudos Galegos, que foi montado polas Irmandades, e doutros actos con participación feminina, como "un dos primeiros mítins en maio de 1917 para apoiar as loitas agraristas, cando falaron tres tabaqueiras da Coruña" ou noutro en 1920 no que interviu Elvira Bao. Porteiro Garea "tivo xa un claro posicionamento feminista desde que era estudante" Asemade, a compostelá tamén destaca que na asemblea nacionalista que ten lugar en 1919 na cidade, "danse máis pasos no camiño dos dereitos da muller, no que se reclama a igualdade absoluta de dereitos, e se pide crear ensino especial para as mulleres". Porteiro Garea, "feminista" Especial fincapé fará tamén na figura de Porteiro Garea, un dos fundadores das Irmandades e líder en Compostela, quen "tivo xa un claro posicionamento feminista desde que era estudante". Mesmo participou nunha polémica cando estudaba en Madrid sobre a falda-pantalón, cun posicionamento claro a favor desta prenda por ser "filla lexítima do feminismo", mentres que a prensa da época consideraba que "conducía a malos costumes". Cando se establece en Compostela e era catedrático de Dereito, sinala Otero que na súa sección na Gaceta de Galicia, "posiciónase claramente a favor do feminismo e do sufraxismo e sabemos que estaba completamente conectado cos movementos progresistas que acontecían en Europa naquel tempo". |
NOS_37370 | O proxecto, ideado e posto en marcha pola área de Mobilidade da institución, ten como meta que "os municipios multipliquen o espazo destinado ás persoas nas vilas". | A Deputación de Pontevedra vén de anunciar a adhesión á rede Ágora de 44 concellos. A iniciativa impulsada desde o departamento de Mobilidade do ente provincial ten como obxectivo que "os municipios multipliquen o espazo destinado ás persoas nas vilas, cidades e calquera núcleo de poboación, reducíndoo aos vehículos a motor". A incorporación ao proxecto vai supor para os concellos a participación en programas e axudas provinciais, a recepción de asesoramento por parte de persoal especializado e a captación de recursos externos para financiar proxectos. Así mesmo, agárdase que posibilite a inclusión en cursos, conferencias e exposicións, así como no impulso a accións de sensibilización nos centros educativos. O responsábel do departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, destacou a boa acollida do proxecto e lembrou que hai comarcas nas que practicamente se adheriron todos os concellos. "Sempre dixemos que os principios Ágora, a súa filosofía, poden implantarse en calquera tipo de concello, sexa cal sexa o seu tamaño. Ese vai ser un dos retos e queremos demostralo con feitos de aquí a tres anos", afirmou Benítez. Tamén sinalou que no proxecto "están presentes concellos máis urbanos, con máis poboación, e máis rurais e con menos poboación". "O resultado é máis que satisfactorio pola nosa parte. Entendemos que é un grande éxito de participación e de acollida. Veremos de agora en diante, xa que o compromiso é incrementar o espazo público para as persoas (…), e en xuño de 2023 temos que demostrar con datos que Ágora serviu para algo", concluíu Benítez. |
NOS_53146 | Unha camiñada por Carballo para gozar do roteiro dos murais. | Achegámonos a Carballo para, por fin, facer algo que tiñamos na idea, e na reserva, desde hai moito tempo, pero a natureza chámanos máis; percorrer o roteiro dos murais. Facer unha camiñada para ver as creacións artísticas realizadas por muralistas galegos e doutras partes do mundo, en pinches e traseiras de casas e edificios; intervencións que converten espazos pouco afortunados, cunha forte pegada negativa na estética urbana, en puntos de atención, atracción e interese. O roteiro dos murais que está articulado en cinco itinerarios, de entre 1 e 2 km de lonxitude, que se poden combinar para facer en conxunto unha ducia de quilómetros sen perdernos moitas veces, ao longo dos que, ao tempo que imos vendo as diferentes etapas da evolución urbana da vila, experimentaremos unha completa lección práctica de orientación e manexo de planos. No noso percorrido deixamos moitos atrás, as horas que dispuñamos non foron abondo para completar todos os itinerarios nin para pasar e ver todas as obras que forman o conxunto, son case un cento, e algunhas, as máis recentes, non están sinaladas; pero o visto encheu e superou as nosas expectativas. Os murais que nos quedaron sen ver, aos que se lle sumarán os que cada Rexenera Fest, o Festival Internacional de Arte Pública de Carballo, que dentro do proxecto "Derrubando muros con pintura" reúne cada ano, na primavera, algúns dos mellores creadores da arte urbana da Galiza e do mundo, fagan aumentar o seu número, quedan para unha segunda oportunidade. Calquera que guste das expresións artísticas non pode deixar de facer un percorrido pola vila, mais para sacarlle un axeitado rendemento debe ir ben informado, provisto dun bo plano -que se pode ver na páxina de Carballo Turismo-, e de tempo abondo para perderse, equivocarse, volver sobre os pasos dados... para ir pasando da sorpresa á admiración diante do número e a magnitude de moitas das obras, que inclúen tamaños variados, temáticas diversas, estilos diferentes -da abstracción ao hiperrealismo, incluídas moitas outras formas de expresión intermedias-, e moitísima calidade técnica e artística. E aínda que un, ou unha, non sexa experto nin coñecedor da arte quedará gratamente sorprendido e admirado por algunha das características das obras (detalle, perfección, monumentalidade, riqueza cromática...). O único aspecto que podemos considerar negativo, aínda que é inherente a este tipo de obras e aos materiais cos que están feitas, é que a algunhas das máis antigas nótanselles o paso dos anos, o inevitábel efecto que produce sobre as súas cores a exposición aos elementos, mais, con todo, a visita ben paga a pena. |
NOS_20775 | A delegación a un dos festivais celtas máis importantes do mundo estará conformada por arredor de 130 músicos e bailadores. Durante o festival anunciarase o país celta ao que se lle adicará a edición de 2019 e Galiza está entre as grandes candidatas. | O Festival Interceltique de An Oriant é das citas de música e cultura celta máis importantes do mundo e que reúne todos os anos miles de persoas procedentes de diferentes paertes do planeta. Esta edición decorrerá desde o 3 ao 12 de agosto e traerá até esta cidade bretoa máis de 4.500 artistas para participar nos máis de 120 espectáculos que teñen lugar nos distintos espazos do festival, chegando a rexistrar máis de 120.000 espectadores de pago e 750.000 visitantes O festival naceu hai 48 anos co desexo dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e a cultura bretona e tamén aberto para as denominadas 'nacións celtas': Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man, Irlanda, Galiza e Asturies. Moito variou e evolucionou o festival desde entón. Nesta edición adicada ao País de Gales, a presenza galega vai estar en todos os escenarios do festival. O gaiteiro moañés Anxo Lorenzo, tocará no "Quai de la Bretagne" o martes 7 de agosto e ao día seguinte participará na gran noite adicada á gaita Tamén chegará ao Interceltique Uxía. Rodeada dunha banda de destacados músicos galegos, presentará no "Theâtre de Lorient" as pezas do seu último traballo. Rodrigo Romaní impatirá a master-class de harpa o sábado 11 no Palais de Congrès, a previa ao concerto que realizará pola noite nese mesmo espazo. Servirá para presentar "Fíos de ouro no ar" acompañado da tamén harpista Beatriz Martínez e a percusionista Xulia Feixóo. O Trofeo MacCrimmon de gaita peninsular contará coa presenza de catro representantes galegos que chegan logo dunha selección feita en abril no concello de Teo. Serán Xesús Rodríguez, Manuel Seoane, Diego Prieto e Raquel Vilas. A Banda de Gaitas Sons da Chaira, de Rábade, chegará por primeira vez a An Oriant. É unha banda de recente creación pero cunha enorme proxección grazas ao traballo dos seus recoñecidos mestres: Brais Monxardín e Miguel Anxo López, "Chino". O grupo de baile chega dende a Mariña luguesa, trátase de Saiñas, unha formación de Xove que tamén debutará nesta 48º edición do festival. Seimeira tocarán dentro da programación das músicas sacras, haberá master-class de baile tradicional... Esta edición de 2018 estádedicada ao País de Gales. Durante o festival anunciarase a quen se dedicará en 2019 e Galiza é una das candidatas. |
PRAZA_15040 | A multinacional iniciará nun "máximo de dúas semanas" a "licitación por invitación restrinxida" para a construción dos buques, aos que tamén optará unha empresa mexicana | Foi unha das grandes batallas da campaña electoral galega. Os contratos de Pemex ou, o que é o mesmo, o compromiso de construción de dous buques hoteis (floteis) en Barreras e Navantia que o Goberno galego con Alberto Núñez Feijóo á fronte deu por feito seguen a súa historia alén do 21-O. E todo semella indicar que a seguridade de que o encargo chegue a Galicia non é tal, cando menos polo momento. Despois de que, como vén relatando Praza Pública, diversos directivos da multinacional mexicana negasen que o encargo estivese pechado, agora é a filial encargada de encargar os buques, Pemex Exploración y Producción (PEP), a que detalla como realizará finalmente a adquisición. Farao a través dunha licitación internacional "por convite restrinxido" que porá en marcha "nun máximo de dúas semanas". Isto quere dicir, polo tanto, que Barreras e Navantia terán competidores. Segundo recollen varios medios mexicanos, como Sipse ou Milenio, o director de PEP, Carlos Gil, explicou o pasado día 9 que a empresa recibu "catro cotizacións" e "as ofertas finais deberán ser presentadas polas compañías interesadas unha vez que se emita a licitación", momento no que se coñecerán as "bases do concurso" co "obxectivo de axilizar o que será a adquisición ou renda dos equipos mariños" -confírmase, polo tanto, que PEP pode mercar ou alugar os floteis-. E, quen son as interesadas? "Pemex Internacional cos estaleiros españois", isto é, unha subsidiaria de Pemex que lle faría o encargo a Barreras e Navantia no caso de resultar gañadora, os estaleiros Goymar -de orixe vasca- e tamén TMM (Transportación Marítima Mexicana). O PSdeG esixe que Feijóo dea explicacións no debate de investidura Así as cousas, a oferta que as empresas galegas canalizan a través de Pemex Internacional terá que competir con, cando menos, unha empresa de México. "A adquisición (...) beneficiará aos que outorguen os mellores prezos", explica Gil, quen ademais especifica que "sobre a flota menor que tamén busca adquirir Pemex", á que segundo a Xunta tamén poderían concorrer empresas galegas, "se dará prioridade aos estaleiros mexicanos, toda vez que din contar coa capacidade para construír este tipo de equipos". "A presión do escándalo pola entrega sen máis de contratos aos estaleiros de Galicia provocou que Pemex recuase", di a prensa mexicana Estas novas eran recollidas este martes polo PSdeG que, a través do deputado Abel Losada, volven reclamar explicacións e a tomar postura "contra a utilización partidaria" deste asunto. "Hai unha licitación, os estaleiros galegos competirán e oxalá leven a adxudicación" pero "se hai unha licitación, non hai" as "garantías" que deu Feijóo, razoa. Neste sentido, Losada coida que o actual presidente en funcións pode aproveitar o debate de investidura para detallar se esta é "unha licitación de ficción" e, polo tanto, a elección xa está decidida ou se, pola contra "hai unha licitación na que as empresas galegas se presentarán e competirán". Mentres, dende México, o xornalista económico Alberto Barranco explicaba este luns, dende as páxinas do xornal El Universal, a que coida que é versión real dos feitos: "Finalmente, a presión do escándalo pola entrega sen máis de contratos para a construción de hoteis flotantes aos estaleiros de Galicia provocou que Pemex recuase e abra unha licitación internacional, só que con convite restrinxido". "Ata hoxe solicitáronse tres posturas, incluídas a dos estaleiros españois a nome de Pemex Internacional", constata. "Ao fin -subliña- unha empresa nacional está na pelexa", di, en referencia a TMM. |
PRAZA_19554 | ENTREVISTA | Andrés Boix, profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Valencia, ofreceu este luns na USC unha conferencia sobre os límites á liberdade de expresión, moi centrada nos últimos episodios de condenas por publicacións en redes sociais ou polo autobús de HazteOir | Dende hai uns anos vimos asistindo a unha sucesión de denuncias, procesos xudiciais e detencións de persoas por publicar determinados contidos nas redes sociais, acusados de inxurias, delitos de odio ou mesmo de apoloxía do terrorismo. Uns casos nos que, ademais, en ocasións ten entrado a Audiencia Nacional e que se produciron nun marco de maiores restricións á liberdade de expresión produto da aprobación da Lei Mordaza e outras normas. Aínda que as redes sociais foron o escenario de difusión de moitas destas situacións, atopamos tamén detencións e condenas a cantantes e, igualmente, denuncias a outras persoas ou colectivos -por exemplo, as recentes polémicas xeradas ao abeiro do Entroido- por ofensas contra a relixión e outras causas. Andrés Boix, profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Valencia, ofreceu este luns na USC unha conferencia (organizada por Armela, Rede de Investigación en Igualdade, Dereitos e Estado Social) sobre os límites á liberdade de expresión, moi centrada nos últimos episodios de condenas a tuiteiros ou cantantes ou pola polémica xerada polo autobús de HazteOir. Uns asuntos sobre os que Boix ten afondado en numerosas publicacións. Falamos con el sobre todas estas cuestións. "Fronte a esa nova realidade tecnolóxica, hai unha tentación de tentar controlar, como sucedeu noutros momentos da historia" Parece evidente que está habendo excesos á hora de perseguir certas expresións, sobre todo nos soportes dixitais e nas redes sociais. E que, sobre todo, está habendo arbitrariedade e que os instrumentos empregados para perseguir estes feitos non son os axeitados, algo así como matar moscas con canóns. Que está fallando? Falla a lexislación? Falla a forma de aplicala? Falla o papel asumido pola Administración? O poder sempre ten unha tendencia a tentar controlar a expresión na esfera pública. Iso sempre foi así. E sempre sucedeu que o desenvolvemento tecnolóxico e social dun medio fai que sexa moi complicado exercer ese control. Pasou cos libros, dos códices á imprenta, e pasa agora. O paradigma comunicativo dende mediados do século XX non variara moito, e a Constitución fixa un marco no que a administración non controla as comunicacións (non hai censura previa) e quen ten que controlalo, se hai excesos, son os xuíces. Que cambiou agora? Cambia o paradigma e aparece unha nova tecnoloxía que fai que por primeira vez teñan alcance público moitas expresións, pouco controladas, que ata entón ficaban no ámbito privado. O alcance real é case sempre moi limitado, pero o alcance potencial é enorme. E iso ao Estado non lle gusta. Fronte a esa nova realidade tecnolóxica, hai unha tentación de tentar controlar, como sucedeu noutros momentos da historia. O que pasa é que se produce nun medio tecnolóxico no que a posibilidade de control é complicadísima. As sociedades occidentais deben decidir aínda por onde queren ir, se aplicar o vello paradigma liberal que rexía para a prensa escrita, ou apostar por esquemas máis represivos. Hai unha tensión. "As sociedades occidentais deben decidir aínda por onde queren ir, se aplicar o vello paradigma liberal que rexía para a prensa escrita, ou apostar por esquemas máis represivos. Hai unha tensión" A expresión e a comunicación a través de Internet debe rexerse por unha lexislación diferente á expresión e a comunicación que se fai por outros soportes? Son necesarias novas normas? Creo que non. Os límites tradicionais á liberdade de expresión son os correctos, son o froito dunha decantación histórica de moitos anos. Poden resumirse en tres puntos: o primeiro, que a mera expresión de ideas e opinións é lícita e positiva, por desagradables que sexan, polo que non deben ser coartadas por censura ou control estatal; ti pode criticalas ou combatelas, podes non darlle espazo dende os medios de comunicación públicos, pero non debes perseguilas. En segundo lugar, que si hai un límite en utilizar a expresión como un mecanismo para incitar a violencia de forma directa. A terceira idea era que a lexislación protexe as persoas, e iso implica uns límites pola protección do dereito á intimidade ou á imaxe. E penso que estes criterios serven para as comunicacións que se realizan por Internet. Hai que ver se as características do novo medio, sobre todo o seu potencial alcance masivo, determinan un cambio nos efectos dun hipotético dano; por exemplo, non é o mesmo unha inxuria pronunciada na barra dun bar que escrita nunha rede social, con moita máis audiencia. "Nas nosas sociedades reintroduciuse nos últimos tempos a idea de que se poden criminalizar ou perseguir opinións que desagradan as conviccións éticas e morais maioritarias" É a nosa sociedade máis restritiva coa liberdade de expresión do que o era hai uns anos? Nas nosas sociedades reintroduciuse nos últimos tempos a idea de que se poden criminalizar ou perseguir opinións que desagradan as conviccións éticas e morais maioritarias. Refírome ao que se adoita chamar discurso do odio ou discurso discriminatorio. Isto está a pasar en España, pero tamén no resto de Europa e nos Estados Unidos, onde os ordenamento xurídico cada vez é máis restritivo nesta cuestión. Durante algún tempo chegárase á conclusión de que as nosas sociedades eran plurais, polo que había que admitir estas visión que ían contra o pensamento máis aceptado. E hoxe tendemos a ser menos permisivos con expresións que van contra ideas morais moi xeneralizadas, case unánimes, ou que atacan a determinados colectivos sociais. Hoxe non se admite que alguén diga que os dereitos dun colectivo non deben ser respectados. Isto non se refire só a Internet, como sei viu recentemente co autobús. O que sucede é que ao mesmo tempo que extremas esta esixencia, tes un medio no que hai moitísima xente expresándose, o que xera unha dinámica de persecución que antes non tiñas. "Ao mesmo tempo que extremas esta esixencia, tes un medio no que hai moitísima xente expresándose, o que xera unha dinámica de persecución que antes non tiñas" Como valoras, a ese respecto, a acción do Goberno de Madrid contra o autobús de HazteOír? As nosas sociedades fixéronse máis conservadoras e máis puritanas, que é algo habitual cando a xente ten máis que perder; aceptamos menos a disidencia que hai uns anos. O que creo que vai ocorrer é que estes excesos represivos afectan a cada vez máis xente. Por exemplo, no caso do bus de odio de HazteOír, o exceso represivo do Concello de Madrid afectou a unha organización ultracatólica que denunciou a moita xente por delitos de odio. Digamos que é o cazador cazado. O feito de que agora iso o sufra unha organización católica que nunca se vira afectada pola represión, fai que moita xente que nunca fora demasiado solidaria ou empática con aquelas persoas que sufriran unha intervención estatal represiva, agora si que o foron. E iso pode levar nestas persoas a unha reflexión máis ampla que faga que cando esta represión afecte a outros, tamén se pida máis tolerancia con esas outras expresións. Se cadra estes excesos represivos son necesarios para acelerar a aprendizaxe social, promovendo unha reflexión pública máis ampla que leve finalmente a que a sociedade adopte unha serie de decisións a este respecto. Ollo, estamos aínda moi lonxe de todo isto, de feito estamos aínda nunha fase de incremento da presión represiva. Tanto por parte do PP e a súa Lei Mordaza, que persegue a publicación en Internet de expresións despectivas cara ás forzas de seguridade ou por darlle un like a unha publicación. Pero tamén por parte da esquerda, que está promovendo leis que prevén sancións para aquelas persoas que promovan discursos discriminatorios ou de odio contra as persoas LGTBI. Pero son optimista; creo que a partir destes excesos, irase xerando unha certa onda para contelos. "Se cadra estes excesos represivos son necesarios para acelerar a aprendizaxe social, promovendo unha reflexión pública máis ampla" Hai que defender o dereito a dicir parvadas ou o dereito a dicir algo desagradable? O consenso liberal tradicional niso era máis intelixente, porque era moito máis consciente das propias limitacións da sociedade á hora de determinar consensos. Non ten sentido penalizar ideas. Ademais, como defendía Stuart Mill, creo que é bo que as ideas equivocadas ou desagradables se poidan expresar, porque así son coñecidas polo resto da sociedade, non se desenvolven en cubículos, forman parte do debate público e poden ser rebatidas e poden axudar a modelar o consenso social sobre cal é a opinión máis axeitada. E, finalmente, ao ser expostas ao debate público e ás críticas podes aspirar a demostrar a súa falsidade, a rebater as súas razóns e a convencer as persoas que as defenden; doutros xeito, simplemente os illas e ten menos capacidade de control efectiva sobre o que se está producindo. "Creo que é bo que as ideas equivocadas ou desagradables se poidan expresar, porque así son coñecidas polo resto da sociedade, non se desenvolven en cubículos" O que estraña e en moitas ocasións molesta é a evidente arbitrariedade que se está a producir, con persoas condenadas por escribir, dicir ou cantar certas cousas, idénticas ás expresadas por outras, que non son perseguidas... Co modelo liberal había que controlar moi poucas cousas e só a posteriori, polo que os xuíces podían facer ese traballo. Pero o novo paradigma tecnolóxico fai que agora poidas detectar e trazar moitas expresións que antes non poderías ter detectado nin trazado. E, se ademais, tes cada vez máis normas que che permiten ampliar a esixencia sobre a corrección expresiva, tes moito traballo. E ese traballo ten que facelo alguén, e aí é onde entra a administración, que ten máis medios que un xuíz. O que pasa é que a administración ten unha axenda e está dirixida por persoas, e a esas persoas preocúpanlles máis unhas determinadas infraccións e non outras. Como non se pode controlar todo, aparecen os nesgos: da Policía, da Fiscalía e dos xuíces. E por iso en España temos xente condenada por facer chistes sobre Carrero Blanco, pero non vas ter xente condenada por facer bromas sobre persoas asasinadas por grupos ultradereitistas. Os colectivos que son mellor vistos polo Estado van ter certa carta branca, mentres que outros van ser particularmente perseguidos. "Como non se pode controlar todo, aparecen os nesgos. A administración ten unha axenda e está dirixida por persoas, e a esas persoas preocúpanlles máis unhas determinadas infraccións e non outras" Cal é a responsabilidade das empresas -Twitter ou Facebook, por exemplo- no que se difunde a través dos seus soportes? Cal debería ser? Hai uns anos, cando comezaban a crecer os grandes negocios de Internet, houbo un debate sobre se debían ter a consideración de medios de comunicación en sentido tradicional, aplicándose sobre eles a norma da responsabilidade en cascada (primeiro o autor; se non se pode culpar a un autor, o director; se non hai director, o editor...), que en realidade é un mecanismo de exclusión de responsabilidade, como mecanismo de protección da liberdade de expresión, de xeito que as empresas de comunicación poidan publicar sen medo a ser perseguidas. Ese debate estivo aí, non só aplicado a Twitter ou Facebook, senón ás empresas que xestionaban blogs ou ás que ofrecían hosting. Cal é a súa responsabilidade sobre o que calquera persoa publica nos soportes que xestionan? Houbo quen prefería cargar sobre eles unha parte da responsabilidade, o que para unha administración sería cómodo, pois externalizas os controis. Pero isto suporía un límite á liberdade de expresión, pois as propias empresas esforzaríanse por controlar e censurar o publicado. Esta solución si se matizou xurisprudencialmente no caso daquelas empresas que fan negocio cos contidos que as persoas aloxan nos seus servizos, como Youtube. Neste caso, se a empresa non reacciona ante unha denuncia por violación de copyright ou pola difusión de contido ofensivo, si pasa a ser responsable. "A Audiencia Nacional desenvolveu unha serie de características pouco respectuosos coas liberdades. Isto, no momento en que o trasladas a xulgar tuiteiros que son rapaces de 20 anos que fixeron unha broma sobre ETA ou sobre o Rei, comeza a rinchar" Outro dos asuntos máis criticados é o papel que está tendo a Audiencia Nacional nos procesos que xulgan determinadas expresións... A Audiencia Nacional encárgase daqueles asuntos nos que se entende que pode haber un delito de terrorismo ou contra as institucións do Estado. O problema da AN é que é un tribunal raro, que nace como continuación do TOP para afastar os casos daqueles lugares nos que se produciron, para evitar presións, sobre todo pensando no terrorismo. E desenvolveu unha serie de características pouco garantistas e pouco respectuosos coas liberdades. Isto, no momento en que o trasladas a xulgar tuiteiros que son rapaces de 20 anos que fixeron unha broma sobre ETA ou sobre o Rei, comeza a rinchar. O problema, seguramente, é que isto xa rechiaba cando se omitían certas garantías en xuízos por delitos de terrorismo, pero neses casos á sociedade custáballe máis facer esta reflexión sobre os dereitos procesuais. O que pasa é que a AN xa non ten esa actividade, e adóitase dicir que 'cando o demo se aburre mata moscas co rabo', o que ten como consecuencia que agora que non hai terrorismo, temos máis condenas por apoloxía do terrorismo ca nunca. Todo isto habería que repensalo e isto implicaría repensar, dende a base, se a AN ten ou non sentido. "O humor permite comprobar o arbitrario e o absurdo de moitas situacións que se dan na actualidade" Debe ter límites o humor? Este debate debe inscribirse na mesma reflexións sobre os límites da liberdade de expresión ou debe haber diferenzas? O humor pon máis de manifesto a absurdidade que é condenar certos atentados expresivos. Outra cousa distinta do humor é a burla, cando ti fas humor coa intención que ferir unha persoa, e aí hai que analizar se iso chega aos niveis de gravidade dunha inxuria ou de se hai unha agresión contra o honor dunha persoa. Pero o que estamos vendo son condenas e procesos por humor, chegando a absurdos coma o proceso contra Guillermo Zapata. Esta arbitrariedade que comentabas antes, vémola aquí todos os días, con efectos moi rechamantes. Lembro por exemplo a semana posterior aos atentados de Charlie Hebdo, na que mentres se facían alegatos a favor da liberdade de expresión, se detiña a persoas por facer chistes racistas. Por exemplo, un adolescente de Nantes que modificou unha portada de Charlie Hebdo na que a revista fixera un chiste sobre a matanza da Praza Tahrir. O humor permite comprobar o arbitrario e o absurdo de moitas situacións que se dan na actualidade. "É moi san que se asuma que a administración non debe decidir que se pode dicir e que non. E que debemos deixar que isto o fagan os xuíces, que o fagan sempre tras unha denuncia, e que o fagan ademais cunha certa mesura" Cal debería ser a solución para permitir unha libre expresión nas redes sociais e, ao tempo, xulgar aquelas cousas que sexan realmente graves? Todo o mundo está descubrindo que a nova realidade implica que todos estamos moito máis expostos ao que se publica, que o que antes se dicía na barra dun bar, hoxe pode difundirse moito máis. E isto é algo ao que nos temos que afacer, temos que afacernos a asumir que a nosa intimidade está moito máis exposta, e temos que afacernos a que debemos ser moito máis flexibles asumindo críticas. É un proceso de aprendizaxe social. Pero é moi san que se asuma que a administración non debe decidir que se pode dicir e que non. E que debemos deixar que isto o fagan os xuíces, que o fagan sempre tras unha denuncia, e que o fagan ademais cunha certa mesura. As idioteces que se publican hai que combatelas doutro xeito, non se pode condenar a alguén por ser idiota. Web de Andrés Boix |
NOS_7235 | Advirte do risco de que os Franco poidan retirar bens non reclamados polo Estado mais que para o Concello teñen que ser de titularidade pública. | O Concello de Sada volveu solicitar este sábado ao Estado español a "inmediata" presentación da demanda de titularidade dos bens móbeis do Pazo de Meirás. Segundo lembran nun comunicado, os Franco presentaron recurso contra o Auto do Xulgado sobre a execución dos móbeis do Pazo e solicitaban retirar "todos os móbeis que non foron obxecto do incidente do Estado", mais que o municipio considera "que debe permanecer dentro do Ben de Interese Cultural e que deberían ser de titularidade pública". Peritos advirten do valor histórico dos bens de Meirás "Ante o risco de que poidan retiralos, provocando a perda da integridade patrimonial e cultural do sitio histórico",desde o Goberno local instan o Executivo estatal a presentar a demanda da titularidade, "que debería incluír a solicitude de medidas cautelares que impidan a retirada dos bens que o Estado non reclamou". Sobre isto, piden incorporar o informe pericial realizado por Manuel Pérez Lorenzo, no que se acredita a orixe, a permanenca e destino ao servizo da xefatura do Estado tanto dos procedentes de Pardo Bazán como dos incorporados polo Estado desde 1938 e ata 1975; "bens todos eles que gozan da condición de dominio público e, por tanto, propiedade do Estado". O Concello pide ncorporar o informe pericial realizado por Manuel Pérez Lorenzo, no que se acredita a orixe, a permanenca e destino ao servizo da xefatura do Estado tanto dos procedentes de Pardo Bazán como dos incorporados polo Estado desde 1938 e ata 1975; "bens todos eles que gozan da condición de dominio público e, por tanto, propiedade do Estado". Durante a vista relativa ás cuestións incidentais propostas para determinar que bens forman parte do Pazo de Meirás, que decorreu en xullo, peritos achegados polo Estado español e a Xunta coincidiron en que bens en disputa no pazo de Meirás, entre a administración estatal e as demais adheridas á súa demanda- pola que se logrou a titularidade pública do inmóbel- e os Franco, forman parte do "conxunto" e advertiron que retiralos supoñería romper "o propio sentido histórico" do inmóbel. Pouco despois, o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruñaimpedía a retirada do Pazo de Meirás dos elementos disputados pola familia Franco ao considerar que son bens inmóbeis. Unha decisión contra a que a familia do ditador interpuxo un recurso. |
PRAZA_1562 | Chega a sexta edição dos aPorto, cursos de língua realizados na cidade, com uma semana de duração. Agal e Praza Pública oferecem um aPorto, totalmente gratuito, que será sorteado entre as pessoas com mais acertos no seguinte quizz. | Chega a sexta edição dos aPorto, organizados pela Agal. São cursos de língua realizados no Porto, com uma semana de duração, que decorrem no verão e que incluem aulas de manhã e atividades culturais e conversas informais de tarde. As aulas decorrem na FLUP, Faculdade de Letras da Universidade do Porto, e as atividades culturais em diferentes pontos da cidade tentando mostrat o Porto que o turista comum teria dificuldade em encontrar e envolvendo-se com os cidadãos e as cidadãs que habitam a cidade invicta. Este ano inauguramos também o aPorto Plus focado para atualizar o nosso conhecimento da sociedade portuguesa. A Agal, organizadora dos aPorto, e o Praza Pública oferecem um aPorto, totalmente gratuito, que será sorteado entre as pessoas com mais acertos no seguinte quizz. As vossas respostas podem ser enviadas para [email protected]. O dia 12 de julho (até as 23h59) é o último dia para enviar o teste com as respostas. A Agal publicará o resultado com o/a ganhador/a na sua página web e no seu facebook, assim como no dos aPorto. O teste 1- O Porto foi o motor de uma revolução liberal no séc. XIX, contemporânea de uma outra em Espanha, e que resultou na 1ª Constituição Portuguesa. Em que ano decorreu tal revolução? 1820 1845 1889 2- Militar português que gozava de grande popularidade e apoio no Porto, onde tem uma estátua e uma praça com o seu nome, conhecido como "General sem Medo", que tentou derrubar o regime salazarista em 1958 por via democrática, sendo derrotado por um processo eleitoral fraudulento, e que viria a ser assassinado pela Pide. De quem estamos a falar? Américo Tomás Humberto Delgado Norton de Matos 3- No 1º de maio de 1982, a atuação policial no Porto deixou 60 feridos, 9 de bala, e dois mortos, um rapaz de 17 anos, baleado pelas costas, e um homem com dois tiros na cabeça. Quais foram os desenvolvimentos penais relativos a estes factos? Foram condenados três polícias Foi condenado o governador civil do Porto, Rocha Martins Não houve desenvolvimentos penais 4- A maior violoncelista portuguesa e uma das mais importantes do mundo, nasceu no Porto. De quem estamos a falar? Guilhermina Suggia Maria João Pires Gabriela Canavilhas 5- A Universidade do Porto foi pioneira na admissão de mulheres, em finais do séc. XIX. Que nome recebia a instituição de ensino, na altura? Aula de Debuxo e Desenho Academia Politécnica Aula de Náutica 6- O Porto é a capital portuguesa do rap e hip-hop, onde surgiram alguns dos maiores nomes dessas áreas artísticas. Qual destes nomes é exemplo disso? Boss AC Mind da gap Gabriel, o Pensador 7- Em inúmeras paredes e taipais, um pouco por toda a cidade, o Porto de tem uma impressionante coleção de pinturas de vários autores, entre os quais, um dos maiores artistas portugueses do graffitti. De quem estamos a falar? Hazul Luzah Nomen Sofles 8- Provavelmente a mais antiga agência de viagens do mundo e a mais antiga de Portugal foi fundada no Porto, em 1840. Qual o seu atual nome? Agência Abreu Viagens Tempo Asalgarve 9- Barco que pertenceu à rainha de Inglaterra e que, atualmente, faz cruzeiros no Douro, propriedade de uma das maiores empresas turísticas da região. Qual o seu nome? Spirit of Chartwell Lusitânia Queen Anne's Revenge 10- O mais importante museu de arte contemporânea em Portugal está situado no Porto. Qual o seu nome? Museu de Serralves Museu do Chiado Museu de Elvas |
NOS_51107 | A Asociación galega de apicultura (AGA) impulsa o pioneiro programa 'Stop vespa velutina', coordenado por investigadores da Universidade de Vigo. | Capturar 30.000 exemplares de raíñas de 'Vespa Asiática' (vespa volutina) mediante un trampeo masivo con 3.000 trampas e 25.000 doses de atraintes, algo que contribuiría en grande medida a frear a expansión desta praga por Galiza, onde chegou en 2012. Ese é un dos obxectivos que se marca para este verán AGA, (Asociación galega de acuicultura), informa Campo Galego. AGA impulsa un pioneiro proxecto no que conta coa colaboración de investigadores da Universidade de Vigo, e que presentou esta pasada fin de semana en Arzúa. Este programa ten dúas fases, tal e como explica o portal especializado. Unha que abrangue de marzo a xuño e outra que vai desde este mes até o outono. Na primeira delas, combinaranse tres tipos de trampas diferentes e tres tipos de atraíntes para capturar raíñas fundadoras. Sobre 30.000 raíñas de vespa asiática é o que contan con capturar. Así, ademais de 'retirar' eses exemplares, tamén se pretende dar co sistema de captura máis eficaz. Como indica Campo Galego, o programa 'Stop Vespa Velutina' tamén contempla unha segunda fase. Nela, o traballo centrarase no estudo dos distintos sistemas de protección mecánica das colmeas. Nesa época, "e sobre todo nos meses de agosto e setembro, é cando se producen a maior parte dos ataques de Vespa Velutina ás colmeas". |
NOS_50119 | O BNG reclamaba no texto medidas "urxentes" para garantir a sustentabilidade do sistema nacional de saúde e mellorar a calidade das prestacións. Tanto @s nacionalistas como o PSOE confían en que neste mes se debata en pleno a ILP impulsada pola plataforma SOS Sanidade Pública, da que ambos partidos fan parte | Tras a multitudinaria mobilización en defensa da sanidade pública, que o 3 de xuño percorreu as rúas de Compostela convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública, o BNG levou ao Parlamento galego unha moción na que reclamou a derrogación do RD 16/2012, alén de aplicar medidas "urxentes" para garantir a sustentabilidade do sistema nacional de saúde e mellorar a calidade das prestacións. A formación frontista, que fai parte de SOS Sanidade Pública, ao igual que o PSOE, topou co voto en contra do PP. Ao fío, a deputada Ana Luísa Bouza criticou a publicación no BOE do sábado a actualización do repagamento máximo en 2012 para os medicamentos dos grupos de aportación reducida, cun incremento do IPC paralizado desde 1995 que suporá unha contía que pasa de 2,64€ a 4,13€. "Dezasete anos de suba de golpe no IPC. Escolleron vostedes o momento para esta actualización", ironizou Bouza. No texto da moción, @s nacionalistas defendían non introducir sistemas de reintegro nos copagamentos xa existentes, establecer un sistema compensatorio que limite o efecto do copagamento farmacéutico para pensionistas, así como estabelecer un procedemento de emisión de cartóns sanitarios do Servizo Galego de Saúde --Sergas-- para dar cobertura sanitaria pública ás persoas que ficarán excluídas desta prestación dende o 1 de setembro. ILP de SOS Sanidade PúblicaA plataforma SOS Sanidade Pública presentará unha ILP --Iniciativa Lexislativa Popular-- avalada por ao redor de 45.000 sinaturas perante o Parlamento galego, en contra dun proxecto de privatización "do que somos piloto", sinalou o voceiro do colectivo, Manuel Martín. "Aínda que non sexa unha proba científica, si que semella unha mostra de que a cidadanía galega está en contra do financiamento privado de hospitais e da privatización da saúde". As sinaturas, que foron entregadas xa na Mesa do Parlamento, abrirán a porta ao debate nun dos plenos deste mes. Martín denunciou que o RD 16/2012 muda a Lei Xeral de Sanidade, que garante a atención sanitaria na rede de centros públicos a toda persoa que teña residencia na Galiza. A nova norma "retoma o concepto de 'aseguramento', e permite deixar fóra a persoas inmigrantes, a maiores de 26 anos que non cotizaran e ás persoas que perderon o dereito por non ter cotizado". Alén disto, valorou o voceiro de SOS Sanidade Pública que o modelo de Sanidade proposto en Madrid "supón un golpe ás autonomías para decidir sobre os seus servizos de saúde". Malia ao convencemento de que tampouco a ILP recibirá o visto e prace d@s conservador@s, tanto PSOE como BNG confían en que si que permitan o seu debate, e que o fagan neste mes. De producirse un adiantamento dos comicios, o pleno do Parlamento non volvería reunirse até o outono. Así, a voceira do PSOE en materia sanitaria, Carmen Acuña, apelou á "actitude democrática" do PP, confiando en que "non terán ningún problema en por esta iniciativa riba da mesa". Pola súa banda, Ana Luísa Bouza, vaticinou o resultado da votación, mais lembrou que o obxectivo é a divulgación "e un exercicio de democracia para que o PP non poida dicir que ten o apoio da cidadanía para tomar as medidas que toma". |
NOS_15359 | O clube pretende aforrar o pagamento das cuotas da Seguridade Social dos seus xogadores e técnicos, cifra arredor dos 4.000 euros ao mes. | O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo, equipo da Liga Asobal, a máxima categoría a nivel estatal, realizará un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE). O obxectivo do clube galego, o primeiro en acollerse a esta medida, é aforrar o pagamento das cuotas da Seguridade Social, arredor duns 4.000 euros, dos seus xogadores e técnicos. Estes cobrarían o subsidio de desemprego mentres non houbese competición. |
NOS_46504 | A terceira lexislatura consecutiva con maioría absoluta do Partido Popular encarréirase a termo. É talvez esa certeza a que leva á oposición a reclamar de Núñez Feixoo un balanzo da súa etapa á fronte da Xunta. Farano vindeiro pleno parlamentario, o primeiro do novo curso a vindeira semana, PSdeG e BNG. | Os socialistas estrean condición de segundo grupo da Cámara, despois da escisión de En Marea. E estrean portavoz parlamentario: o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, intervirá na sesión de control ao presidente por primeira vez. Preguntará polos seus "plans de acción" para o derradeiro ano do actual mandato. Segundo expuxo esta terza feira Xaquín Fernández Leiceaga, a quen substituirá Caballero, o obxectivo é que "Feixoo aclare que está disposto a mudar" no período que aí vén. O Bloque tamén orientará a intervención da súa líder Ana Pontón en sentido amplo. Esixe do presidente da Xunta o "balanzo que deixa logo dun decenio negro". A propia viceportavoz nacionalista Olalla Rodil expuxo a súa opinión na comparecencia de prensa posterior á xunta de portavoces no Hórreo. "É absolutamente negativo", dixo, antes de se referir á crise que, ao seu xuízo, vive Galiza nos eidos demográfico e industrial. "A situación actual non se soluciona con propaganda ou manipulación informativa. Feixoo debe responder sobre que fará esta lexislatura, sobre se seguirá lastrando o futuro dos galegos e galegas ou mudará o rumbo das súas políticas", engadiu. O rebautizado Grupo Común da Esquerda, antes En Marea, agora con dez escanos despois da marcha de catro deputadas encabezadas por Luís Villares ao grupo mixto, centrará no dereito a vivenda a súa quenda na sesión de control ao presidente. Encargarase dela, segundo o reparto de funcións presentado esta terza feira, Antón Sánchez, quen xa exercera este labor na pasada lexislatura nas fileiras de Alternativa Galega de Esquerda. |
NOS_24409 | Os 12 escanos da extrema dereita sumaranse a populares e 'laranxas' após acadar Vox e PP un acordo en torno a 32 puntos onde se compromete desde o apoio á tauromaquia e creación dunha Consellaría de Familia até vías para favorecer o ensino concertado e a presenza da relixión no mesmo. O primeiro punto deste pacto, "protexer a unidade de España" | Andalucía vai ter un presidente conservador por primeira vez nas súas máis de tres décadas de autonomía e iso vai ser posíbel grazas ao apoio que a extrema dereita (Vox) dá para que gobernen PP e Ciudadanos. Estas dúas forzas, PP e Ciudadanos, selaban a primeira hora da tarde o pacto para gobernar Andalucía. Un acordo, porén, que precisaba do apoio dos 12 escanos de Vox para poder saír adiante. E ese apoio chegou pouco despois: PP e o partido de Santiago Abascal pactaban un documento de 37 puntos para que Vox dese o si á investidura que permitirá a Juanma Moreno (PP) ser presidente e a Juan Antonio Marín (Cs) ser vicepresidente. Nese pacto non figuran exixencias da extrema dereita como derrogar a lei de violencia machista ou a LFTBI mais si que hai concesións ao sector máis conservador da sociedade española: crear unha consellaría de Familia, defensa da tauromaquia e do ensino concertado e relixioso, "protexer a unidade de España" ou "prever a ameaza do fundamentalismo islámico", entre outras. Cambiar a Lei de Memoria Histórica por unha de 'Concordia' é outra das cuestións pactadas. No documento tamén se recollen compromisos como "garantir unha inmigración ordenada, legal, respetuosa coa nosa cultura occidental, vinculada sempre ao mercado laboral". Ortega Smith, secretario xeral de Vox, afirmou após a sinatura deste pacto co PP que "hoxe podemos dicir que por fin remata o cortijo da esquerda en Andalucía". |
NOS_9814 | Nun artigo de opinión ao redor do conflito coa anciá coruñesa a quen querían desafiuzar, publicado en De Luns a Venres e El Progreso, a finalista nunha ocasión do Premio Planeta, escollida pola Xunta para homenaxear Rosalía, defendeu que a dona da morada "ten todo o dereito do mundo a obter un aluguer en condicións". | Seguidora de programas de televisión como "Splash Famosos al agua", a escritora lucense convidada pola Xunta na homenaxe a Rosalía dálle a todo. Hai uns días publicaba a súa opinión sobre o caso de Aurelia Rey, a coruñesa de 85 anos que quixeron despexar polo retraso no abonamento dun mes de alugueiro que logo pagou. A muller sobrevivía cunha pensión non contributiva de 375 euros e pagaba 165 polo piso. "Que todos os que cren que Aurelia ten dereito a vivir onde máis lle pete fagan un bote para alugarlle a prezo de mercado un piso na mesma praza de Lugo" Após o remate do caso, Marta Rivera publicaba un artigo de opinión no que chegaba a defender a posición d@ propietari@. "Aurelia –anciá e pobre– paga unha renda ridícula por un piso no centro da Coruña", aponta, "como é lóxico, o propietario da vivenda desexa que se vaia". Sen ter en conta que a propiedade é da acaudalada familia Pereira, afirmaba: "Non teño nin idea de quen é o dono do piso de Aurelia, pero sei que é alguén que ten todo o dereito do mundo a obter pola súa casa un aluguer en condicións". Aurelia interesada No artigo, a escritora lucense lembraba a "solución" da administración, un piso protexido "pero Aurelia dixo que nones: "Eu non quero vivir nun piso pequeno". E aí está o quid da cuestión: que esta señora –de 85 anos, si, e cunha pensión indignantemente baixa– prefire vivir no centro e nunha casa grande. Como vostede, como eu e como todo fillo de veciño". Marta Rivera botou man da lexislación para afirmar que "a Constitución recoñece o dereito á vivenda, pero non a ter un piso nunha boa zona". Remata o artigo do lado da familia propietaria e en ton de humor propón "que todos os que cren que Aurelia ten dereito a vivir onde máis lle pete fagan un bote para alugarlle a prezo de mercado un piso na mesma praza de Lugo". |
NOS_14553 | O Goberno asegura que pretende dar flexibilidade aos traballadores. | Miles de traballadores manifestáronse esta quinta feira na capital de Grecia e noutras cidades do país convocados por varios sindicatos a unha folga de 24 horas contra a nova lei laboral, coa que o Goberno pretende flexibilizar a xornada de traballo. Tamén conmemorouse o Día dos Traballadores, posposto por coincidir coa Pascua ortodoxa. Ao paro convocado polo sindicato do sector público Adedy e varias centrais privadas sumáronse os empregados do metro, do tranvía e dos autobuses eléctricos da rexión de Atenas, así como os trens e os ferris, paralizando o transporte público durante todo o día de hoxe. Ademais, varios voos foron cancelados debido á participación na folga dos controladores aéreos. Mentres, os xornalistas da TV pública ERT secundaron a folga e os hospitais públicos funcionaron cos servizos mínimos. En Atenas, uns 6.500 manifestantes, segundo a Policía, marcharon polas principais rúas e concentráronse na praza Syntagma, ante o Parlamento, coreando lemas a favor da xornada de oito horas como "Non seremos os escravos do século XXI" e "Só os reloxos traballan sen parar". Na manifestación participaron tamén Alexis Tsipras, líder da principal forza da oposición, Syriza, así como Yanis Varoufakis, secretario de MeRA25, e Dimitris Kutsumbas, secretario xeral do Partido Comunista. "Mentres a pandemia leva Gobernos de todo o mundo a caer na conta de que a vida humana está por riba dos beneficios, o grego móvese na dirección oposta e tenta usar a pandemia como oportunidade para impor a medida máis impopular e máis reaccionaria que un Goberno grego introduciu xamais no laboral: a abolición da xornada de oito horas", dixo Tsipras durante a protesta. Tanto os sindicatos como a oposición de esquerdas e de centro situáronse en contra do borrador de lei, que segundo o Goberno da conservadora Nova Democracia modernizará a lexislación laboral. Agárdase que chegue ao Parlamento este mes. Despido improcedente A norma prevé que, previo acordo individual entre empresa e empregado, un traballador poida traballar até 10 horas ao día durante un período que chegue a alcanzar o medio ano. Durante ese tempo non verá esas horas extra remuneradas, mais serán recompensadas cun horario reducido por un período equivalente ou acumulando en días de libranza. Ademais, prevé que, no caso dun despedimento improcedente, a empresa xa non terá a obriga de contratar de novo o empregado, pagando unha indemnización maior á prevista. |
PRAZA_16503 | Faga o que faga, levarei todos estes coidados mentais comigo, como os levo cada día, como os levamos cada día tantas mulleres que temos aprendido que é a nosa responsabilidade procurar o benestar dos que nos rodean e deixarnos a pel por eles, que é cousa nosa independentemente de que sexa cousa de todos, independentemente do fácil ou difícil que nos poñan os demais acadar ese benestar. | Hai tanto que non paso por aquí* que vou ter que presentarme. Cambiaron tantas cousas desde que non paso por aquí que pode que sexa outra. ¿E que cambiou? Xa non teño ningún pequeno lactante: iso significa que podo poñer vestidos (que non hei ter que espirme enteira para sacar un peito), que podo volver doar sangue (ou polo menos face a entrevista inicial ata que me miren o ferro) e que, despois de case oito anos enlazando embarazos e lactacións, podo volver beber alcohol. De feito xa o fixen: un vodka con zume de mazá que me sentou coma o cú. Pero, ben, podo facelo. Buscar unha casa para cinco, na Coruña, na zona centro onde tes dous fillos escolarizados só nos serviu para decatarnos, unha vez máis, dunha verdade non incómoda, senón ferinte: os cartos importan Ademais, teño un fillo maior sen dentes. Sen os dous dentes de arriba, para ser exactos. O que na casa da miña nai se chamaban porteliñas e que no caso do Pelouro Grande é un portalón. Á casa, como somos así de rancios, non veu nin o rato Pérez nin a Fada dos Dentes (o discurso dos reis magos pode reciclarse para este caso, así que non me vou repetir), pero o cambio de fase no seu desenvolvemento percíbese igual, e aforramos dous euros. Cambiamos de casa. Obrigados: alugar non só é tirar os cartos senón que ademais non sempre che renovan o contrato. E buscar unha casa para cinco, na Coruña, na zona centro onde tes dous fillos escolarizados só nos serviu para decatarnos, unha vez máis, dunha verdade non incómoda, senón ferinte: os cartos importan (tamén importan no caso dos dentes, cando o teu fillos neurodiverxente precisa sedación para as súas intervencións odontolóxicas, pero iso é outra historia). Atopamos, si, pagando moito máis do razoable terzo dos ingresos mensuais, renunciando ao garaxe e a estar preto duns avós sen os que, nesta fase, non podemos sobrevivir. Pero a mudanza nos serviu para desfacernos de carriños, berces, cambiadores e demais útiles de crianza e xoguetes de bebé que xa non nos tocan. Always look at the bright side e todo iso. Os nosos cativos non están feitos para o sistema escolar, e o sistema escolar non está feito para eles Os nenos van algo maiores e tócanos, por fin, pedir cole para o Pelouriño, ese momento no que soñamos en que, por fin, os tres cativos estarían no mesmo centro educativo (nese que tomamos como referencia para buscar un novo pisiño que quixese acollernos). Pero. Pero os nosos cativos non están feitos para o sistema escolar, e o sistema escolar non está feito para eles. Así que nese momento en que íamos arrasar cos puntos de admisión (dous irmáns no centro, puntos de zona, familia numerosa e un irmán con discapacidade, ¿alguén da máis?), resulta que parece que imos ter que volver empezar, ou deixar de ser nós. Ou non. Ou quen sabe. Sen lactancias, sen carriños, sen dentes, sen o que era o noso fogar… suponse que estamos noutra fase. Pero enseguida descubrimos que, para o malo, é unha fase que semella moito á anterior. Que non entendedes nada. Non me estraña. Eu tampouco: non entendo que poidas ir a Inspección Educativa a explicar que, se como parece ser que vai pasar, o teu fillo maior cun trastorno do neurodesenvolvemento sen nome (sí, seguimos sen nome, hai cousas que non cambian) non promociona a segundo de Primaria, vai coincidir na mesma aula co seu irmán mediano con altas capacidades e iso é un problema educativo para ambos e che respondan que non é tal, que é un problema familiar e que non poden facer nada por ti. Que aproveites o período de admisión nos centros para solicitar praza nun no que collan aos tres irmáns (nos quede lonxe ou preto da casa, poidan atender ou non as "necesidades específicas de apoio educativo" dos nosos cativos) e a ver se tes sorte e chos collen. Non entendo estar en situación de decidir se escollo o malo (solicitar praza noutro centro) ou o peor (que dous irmáns con características ben diferentes e que condicionan a súa relación e o seu crecemento estean xuntos na mesma clase nun centro que, polo momento, nunca se axustou ás súas necesidades), sen ningunha garantía de que o que decida vaia ser o que pase ao final, abrindo a porta a situacións familiares aínda máis complexas (que non lles dean praza a todos no mesmo centro, que por aspirar a ese cambio, os manden a un colexio fora de zona e alleo ás nosas necesidades). Non entendo, nin esperaba de min, estar barallando a escola concertada como practicamente a única opción razoable na nosa situación Non entendo, nin esperaba de min, estar barallando a escola concertada como practicamente a única opción razoable na nosa situación. E, mesmo deixando de lado os principios e aceptando que, en parte, é o sistema público o que expulsa aos meus fillos (ao non poder garantir nin os medios precisos, nin a estabilidade nos equipos, nin a coherencia dos proxectos, nin nada parecido á inclusión), estar pensando en pagar uns 1800 euros por cativo ao ano. (E, de novo, os cartos importan: podería nin sequera ter esa opción). Non quero estar defendendo a escola concertada, que quita eses cartos de todos para repartilos con aqueles que poden complementalos cos seus propios ingresos. E aquí estou. Non entendo en que momento todo se volveu tan complexo. ¿Foi co diagnóstico -e un dicir- de Tristán?¿Co segundo?¿Co terceiro fillo?¿Foi ao chegar á escola?¿Foi cando decidín estudar educación e descubrín posibilidades que nin me esperaba e que agora desexo para os meus fillos, cando empecei a darlle voltas ao cole?¿Foi así de complexo desde sempre e o único xeito de non desesperar é pensar que esta complexidade é nova? Estou esgotada. Estamos esgotados. De estar sempre apagando incendios co noso cuspe, porque non temos máis, e contra o mundo. De ter sempre decisións cruciais pendentes Estou esgotada. Estamos esgotados. De estar sempre apagando incendios co noso cuspe, porque non temos máis, e contra o mundo. De ter sempre decisións cruciais pendentes. De ver que sempre veñen máis cambios aos que adaptarse mal que ben. Hai seis anos, cando empecei a escribir por aquí, ideei ese eslogan sobre iso de que as nais e pais nunca deixamos de ser bolseiros. Sempre cambiando de fase, sempre con problemas aos que non te enfrontaches antes. No meu caso, no noso caso, é certo e tamén é falso: somos como Sísifos da maternidade, sempre enfrontándonos á realidade que non esta feita para o noso fillo maior, e polo tanto tampouco para os seus irmáns nin para nós. Sempre o mesmo reto, que volverá a aparecer unha e outra vez, non importa que o resolveses ou non, non importa a enerxía que lle dedicases. Só importan os cartos que teñas -cada vez menos- para que esa batalla sexa un pouco menos incómoda. Só importa ter xente ao carón que axuda, que escoita, que entende… pero que pouco pode facer para que non teñas que seguir enfrontándote a esa batalla. Faga o que faga, levarei todos estes coidados mentais comigo, como os levo cada día, como os levamos cada día tantas mulleres que temos aprendido que é a nosa responsabilidade procurar o benestar dos que nos rodean e deixarnos a pel por eles Así que mañá, aínda que queira, aínda que pendure o mandil da fiestra e poña o cartel de servizos mínimos cando leve aos cativos ao parque, aínda que aproveite a oferta do meu cuñado para facerse cargo dos pequenos (o pai traballa e, se colle o día para encargarse de algo que xa fai todos os días, complica a posibilidade de facer folga das súas compañeiras) só farei unha folga de coidados de medio pelo. Porque, faga o que faga, levarei todos estes coidados mentais comigo, como os levo cada día, como os levamos cada día tantas mulleres que temos aprendido que é a nosa responsabilidade procurar o benestar dos que nos rodean e deixarnos a pel por eles, que é cousa nosa independentemente de que sexa cousa de todos, independentemente do fácil ou difícil que nos poñan os demais acadar ese benestar. Creo que vou ter que darlle outra oportunidade ao vodka co zume de mazá. * Texto publicado no blog Se o vello Sinbad tivese fillos Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aeb814d4&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aeb814d4&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=366&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aeb814d4' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=366&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aeb814d4' border='0' alt='' /></a> |
NOS_17539 | Unidas Podemos presenta unha proposición non de lei para, entre outras cuestións, incluír novos treitos no IRPF, rebaixar os impostos ás pemes ou subirllelos ás grandes compañías eléctricas, así como fixar un IVE menor para os produtos de hixiene feminina. | Unidas Podemos (UP) mide forzas esta terza feira no pleno do Congreso coas súas propostas para a reforma fiscal, após detallar unha batería de exixencias, como un novo imposto non bonificábel ás grandes fortunas, unha recarga ás grandes eléctricas e rebaixas no IVE a produtos de hixiene feminina e os tipos aos que tributan as pemes (pequenas e medianas empresas). Estas propostas inclúense na proposición non de lei que esta formación do Goberno defenderá na Cámara Baixa, o que obrigará a pronunciarse ao seu socio no Executivo, o PSOE, que xa manifestou a súa reticencia a iniciar este debate. Así, tras a presentación destas propostas a semana pasada, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, cualificou de "inoportuna" esta "irrupción", esgrimindo que ten lugar antes de que o grupo de persoas expertas convocado para esta reforma entregue as súas conclusións. Pola súa parte, desde o grupo confederal reivindicaron falar de "contido" e non "dos tempos", exixindo por iso unha reforma "ambiciosa". UP concretou as súas propostas nun acto decorrido a semana pasada no que participaron as dúas ministras de Podemos no Goberno, Ione Belarra e Irene Montero, xunto co que fora líder do Partido Laborista inglés, Jeremy Corbyn, representantes do Sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) e máis a ONG Oxfam Intermón. Máis treitos no IRPF a partir de 120.000 euros No que atinxe ao IRPF, Unidas Podemos insta a achegar o gravame ao que se somete o aforro á base impoñíbel xeral, e reforzar a progresividade do imposto, incluíndo novos treitos con maiores tipos para rendas superiores aos 120.000 euros. Substitución do Imposto sobre o Patrimonio Aliás, a formación morada avoga por substituír o Imposto sobre o Patrimonio por un novo sobre as grandes fortunas cun mínimo exento dun millón de euros, que non sexa bonificábel por parte dos gobernos territoriais e cos seguintes treitos: 2% para os patrimonios netos a partir dun millón de euros, 2,5% a partir de 10 millóns, 3% a partir de 50 millóns e 3,5% a partir de 100 millóns. Desde UP xustifican estas características "para evitar a existencia de paraísos fiscais interiores como o caso da Comunidad de Madrid", unha proposta xa exposta en anteriores ocasións, caso da Comisión para a Reconstrución no Congreso ou os últimos Orzamentos Xerais do Estado, onde expuxeron unha tributación mínima non exenta en Patrimonio. Rebaixa ás pemes No Imposto sobre Sociedades, o grupo confederal chama a "corrixir" a erosión da base impoñíbel para que "os grandes grupos empresariais deixen de utilizar os mecanismos de elusión actualmente ao seu alcance para reducir a tributación". Todo iso con vistas a que "as pemes paguen un pouco menos de impostos e as grandes corporacións paguen tipos efectivos similares aos que pagan as pemes, situando un mínimo efectivo de 15% estaeblecido sobre o beneficio neto", explican na súa iniciativa. No documento que esta terza feira se vota no Congreso, Unidas Podemos tamén insta a "avanzar nos compromisos internacionais para loitar contra os paraísos fiscais e para compensar a deterioración das bases impoñíbeis asociada ao proceso de globalización". Suba do gravame ás eléctricas En Sociedades, propoñen elevar dez puntos porcentuais o tipo impositivo ao que tributan as empresas eléctricas cun volume de facturación a partir de 10.000 millóns de euros, durante un período de cinco anos prorrogábel por outros de duración similar. Desde o socio minoritario do Goberno esgrimen este endurecemento para "axudar aos consumidores vulnerábeis no proceso de transición enerxética". Por outra parte, a formación morada pide unha reorganización do 'menú' de beneficios fiscais para asegurar un carácter progresivo do sistema fiscal e mellorar a súa avaliación, a partir dun informe anual de execución dos mesmos, semellante ao de execución de gasto público. Este, explican, deberá recoller as categorías contidas na memoria de beneficios fiscais dos Orzamentos Xerais do Estado, xustificando que "este exercicio de transparencia contribuiría ao estudo dos beneficios fiscais sobre a progresividade". Finalmente, expoñen unha mellora da fiscalidade ambiental para "reforzar o principio de 'quen contamina, paga', facendo un maior fincapé na produción e non no consumo", coa fin de "evitar que calquera imposto 'verde' afecte o peto da xente traballadora". A reforma fiscal, prioridade absoluta para UP Tras a aprobación e convalidación da reforma laboral, a reforma fiscal é considerada en UP como unha das grandes prioridades da lexislatura, pretendendo con ela "dar un xiro de 180 graos" ao sistema impositivo, segundo recoñecen na propia exposición de motivos da proposición non de lei. Coa progresividade como principio fundamental, tal e como vén recollido na Constitución Española, Unidas Podemos defende reorganizar e remodelar beneficios fiscais, exencións, ou reducións que ven como "elementos importantes de regresividade" ou mesmo de "privilexios para as grandes empresas". Aliás, Unidas Podemos advirte de que, aínda recoñecendo o fracaso da "mal chamada austeridade", "chegará un momento en que España terá que traballar para reducir a súa débeda pública" e xustifica que "a única forma de facer isto sen recortes no Estado do Benestar é levar a cabo unha ambiciosa reforma fiscal". Todo iso coa fin de reducir unha fenda de ingresos públicos de entre sete e nove puntos de PIB a respecto da Unión Europea, aseguran, que supón un "infrafinanciamento" do Estado de Benestar como consecuencia da falta de ingresos no sistema tributario. |
NOS_42459 | Cualifica a decisión de "contraproducente". Por outra banda, Washinton planea reabrir o centro de detención de inmigrantes de Guantánamo. | O enviado especial dos Estados Unidos a Haití, o diplomático de carreira Daniel Foote, presentou a súa dimisión en protesta pola deportación dos inmigrantes haitianos (1.401, desde o domingo, ademais de 3.206 detidos) que acampan en condicións insalubres baixo unha ponte na localidade fronteiriza con México de Del Río. "Non deixarei que se me asocie coa inhumana e contraproducente decisión dos EUA de deportar miles de refuxiados haitianos e inmigrantes ilegais", sinalou Foote nunha carta enviada ao secretario de Estado (ministro de Exteriores), Antony Blinke, publicada polos medios de comunicación locais. Malia que desde mediados de maio, os cidadáns haitianos poden gozar do Status de Protección Temporal (TPS) co que evitar a deportación, as autoridades estadounidenses están a devolvelos a Haití ─un país devastado pola pobreza, pola violencia e polos desastres naturais─ sen que poidan presentar unha solicitude de asilo. Organizacións internacionais como a axencia da ONU para as persoas refuxiadas, Acnur, acusaron a Washington de incumprir o dereito internacional. A Casa Branca, que tamén recibiu as críticas do Partido Demócrata do presidente Joe Biden, deféndese invocando a lei coñecida como "Título 42", que na práctica permite as expulsións 'en quente' coa escusa de evitar a propagación da Covid. Centro de Guantánamo Por outra banda, o Goberno estadounidense está a estudar a posibilidade de volver utilizar o centro de detención de inmigrantes situado na base naval de Guantánamo, en Cuba, onde albergarían de forma temporal máis dun centenar de persoas. Nun prego de contratación do Departamento de Seguridade Nacional (o ministerio do Interior) ao que tivo acceso a NBC, recóllese que as autoridades estarían a buscar un contratista para administrar o centro. "O provedor do servizo deberá ser responsábel de manter no lugar o equipamento necesario para máis de 120 e até 400 migrantes no caso de situacións de conxestión", sinala o prego. Ademais, inclúe o requirimento de que 10% dos gardas de seguridade das instalacións falen español e crioulo haitiano. Porén o Departamento de Seguridade Nacional negou que haxa plans para trasladar alí os inmigrantes haitianos acampados en Del Río e que o domingo comezaron a ser deportados. O centro de Guantánamo serviu durante décadas no pasado para aloxar os inmigrantes interceptados no mar antes de seren enviados a terceiros países. |
PRAZA_8806 | O centro de estudos Maurits Coppieters, que preside Xabier Macias, difunde este 9 de maio o estudo que denuncia que a poboación galega é a segunda peor representada na Eurocámara. Defende que nunha ampliación da UE a 34 estados, Galicia escollería tres veces máis eurodeputados. | O centro de estudos Maurits Coppieters, que preside Xabier Macias, difunde este 9 de maio o estudo The Ascent of Autonomus Nations, que denuncia que a poboación galega é a segunda peor representada na Eurocámara. Este xoves, co gallo do Día de Europa, o Centro difundirá un vídeo que explica de forma sinxela as teses que desenvolve no documento, que acompañará dunha campaña viral en twitter e facebook. As persoas de retuiteen ou compartan o vídeo e remitan o seu enderezo postal recibirán un agasallo. O estudo, do que Praza xa deu conta o pasado mes de decembro, conclúe que a poboación galega é a segunda peor representada no Parlamento Europeo. "Os estados de menor tamaño teñen mellor representación e máis poder de influencia na Comisión e no Consello", pero tamén no número de eurodeputados e deputadas. Así, Galicia, que ten 800.000 habitantes máis ca Eslovenia, "ten a metade de escanos no Parlamento Europeo". "O noso país conta en 2012 cun eurodeputado por cada 700.000 habitantes". Mentres, os cidadáns e cidadás de Eslovenia teñen "un por cada 250.000", por por riba da media, situada nun representante para cada 600.000 persoas. O estudo defende que nunha ampliación da UE a 34 estados, Galicia escollería tres veces máis eurodeputados. Este organismo ligado á Alianza Libre Europea difunde este estudo nun momento no que, destaca o seu autor, Matthew Bumford, existe unha "dinámica emerxente do recoñecemento da autodeterminación de novas nacións". Non en van, subliña, "nos últimos 20 anos os membros das Nacións Unidas pasaron de 153 a 193, unha tendencia que se albisca tamén con clridade en Europa, onde Escocia e Catalunya poderían celebrar referendos en 2014". |
NOS_14635 | As edicións de 2020 destes festivais ficarán para 2021 | O Son do Camiño, o Resurection Fest e o Festival Portamérica, tres das citas que congregan máis persoas na Galiza, así como o Festival da Carballeira de Zas e o Sinsal, comunicaron onte a súa decisión de suspenderen as edicións de 2020 e adiar en eventos até o verán de 2021. Tres eventos masivos A decisión prodúcese tras semanas de incerteza para as persoas que mercaran billetes, a raíz das limitacións creadas polo estado de alarma e a falta de "instrucións concretas por parte do Goberno estatal" sobre a posibilidade de realizar este tipo de eventos multitudinarios. A través das súas redes, O Son do Camiño confirmou o aprazamento da terceira edición, que transcorrería entre os días 18 e 20 de xuño no Monte do Gozo (Compostela). Considerando o plan de desconfinamento, a organización argumenta que non sería posíbel realizar un evento coma este antes do 22 de xuño, polo que decidiron cancelar as datas deste ano. Coa vista posta xa en 2021, traballan na "reprogramación" do cartaz, axendado para 17, 18 e 19 de xuño de 2021. As persoas con entrada poderán devolvela ou conservala. O Resurection Fest (Viveiro) tamén comunicou onte o aprazamento do XV aniversario do festival para 2021. "Consideramos que é a única decisión posíbel, a única acertada e correcta, e que prioriza a saúde", declaran. As novas datas estarán entre 30 de xuño e 3 de xullo do vindeiro ano. Na mesma liña, o Portamérica, previsto de 2 a 4 de xullo en Caldas de Reis ficará adiado aos primeiros días dese mesmo mes en 2021. Tanto este como o Resurrection ofrecen a posibilidade de devolver os billetes ou conservalos, coa confirmación da maior parte das artistas. Da carballeira ao arquipélago Sumouse a estes o Festival da Carballeira de Zas, cuxa 37 edición se ía realizar o 31 de xullo e o 1 de agosto de 2020. " Foi unha decisión moi difícil de tomar, pero facémolo desde a responsabilidade con todos os participantes e veciños", afirman. As novas datas son 6 e 7 de agosto de 2021. Igualmente, comunicou o seu aprazamento o festival Sinsal, que se ía celebrar no arquipélago formado polas Illas de San Simón e San Antón do 24 ao 26 de xullo. A 11ª edición do festival ficará para 2021. |
PRAZA_14821 | O líder nacionalista asegura que "non son tempos de abandonar" pero coida que "o novo proxecto" do Bloque debe ser encabezado por "outra persoa". Vídeo no interior. | "Seguirei no BNG, pero non será como portavoz nacional". O BNG celebra este sábado o seu primeiro Consello Nacional tras o duro resultado das eleccións do 21 de outubro e o seu líder, Guillerme Vázquez, aproveitou este foro para anunciarlle ao máximo órgano da formación entre asembleas a súa decisión de non continuar no cargo. Non será unha dimisión instantánea, como acontecera en 2009 con Anxo Quintana e o resto da Executiva que encabezaba, senón que será no momento en que conclúa a "reflexión" que o Bloque abre no propio Consello para elaborar, en verbas de Vázquez, un "novo proxecto nacionalista" que, todo semella indicar, se concretará nunha Asemblea Nacional extraordinaria. "Non son temos de abandonar" e por iso "eu non abandonarei", explicoulles Guillerme Vázquez aos membros do Consello reunidos na sede nacional do BNG. Ese "abandono" sería "o máis cómodo", pero equivalería a "fuxir dos problemas". El, pola contra, asegura ser consciente de que o Bloque é "un barco que precisa reparación", pero segue a ser o mellor dos barcos para lograr a "soberanía" e a "xustiza social" e unha "nova persoa" debe situarse na ponte de mando. Pola súa banda o único "lamento" que deixa polo camiño é o de "non ter contribuído máis a que os galegos visen no BNG a forza" na que confiar para encabezar unha alternativa política. Isto, asegura, foi "por falta de habilidades persoais", pero non de traballo. Vázquez chama a construír un "novo proxecto nacionalista" coa "cabeza fría" pero "sen demoras" Neste contexto o aínda líder do Bloque arenga a unha formación na que aínda reina o desánimo da perda de cinco escanos e de máis de 100.000 votos. Botando man das verbas pronunciadas por Alexandre Bóveda tras un revés electoral do Partido Galeguista chama insta ao seus a aplicar unha máxima: "vencidos non, en pé" durante un proceso de reflexión que se enceta no propio Consello Nacional deste sábado e que, asegura, non ten "límites previos" e se apoiará nun "horizonte temporal" que sairá deste mesmo organismo. Ao BNG, di, tócalle agora "atravesar un mar con temporal" que é posible superar "cos medios axeitados". Tirando desa mesma metáfora mariñeira Guillerme Vázquez advirte de que á formación frontista lle botarán "paladas de sal na ferida" da derrota e que tamén terá no seu entorno "cantos de serea" que, como os do Ulises da Odisea, tentarán que o barco remate "nos cons". Pero malia a todo, di, está convencido de que o Bloque aproveitará para "mellorar" en todo o que poida para "converter a derrota en oportunidade". "O BNG debe reaxir", subliña, "combatendo" a política do PP e "esforzándonos por conseguir máis apoio social". Para iso, bosquexa, o primeiro paso é "tomar nota" da mensaxe da sociedade e facelo "coa cabeza fría", pero "sen demoras". Guillerme retirouse ao seu asento guindándolles un bico aos presentes, que o envolveron nunha ovación. |
NOS_44040 | O Parlamento aprobou un novo pacote de medidas co que visa desbloquear o terceiro resgate. | Para gañar o visto e prace do Eurogrupo --que se reunirá esta terza feira (24 de maio)-- o Parlamento grego aprobou un novo pacote de medidas económicas co que visan recortar 118 millóns de euros e desbloquear o terceiro resgate financeiro do país. Subirá o IVE (24%) e os impostos sobre tabaco, gasoil e gas para calefacción As medidas que compoñen este novo pacote fan parte do acordo aprobado por Syriza, Nova Democracia, Pasok e Potami, no mes de agosto e prevé máis un aumento do IVE, do 23% ao 24% e dos impostos especiais que gravan o tabaco, o gasoil e o gas para a calefacción, xunto coa creación dunha taxa sobre prazas hoteleiras e de casas de hospedaxe. Así mesmo, liberalízase a venda de créditos morosos a fondos de investimento ao tempo que deseña un mecanismo para a aplicación de recortes automáticos cando se incumpra o obxectivo de défice imposto pola UE (3,5% en 2018), algo que o primeiro ministro grego, Alexis Tsipras, prevé "non sexa utilizado". Crean un mecanismo de recortes automáticos de non se cumprir o obxectivo de défice (3,8% para 2018) O novo pacote de medidas tamén abrangue a creación dunha entidade privatizadora na que se inserirá a actual TAIPED, ora ben, con maiores atribucións. Esta entidade terá capacidade para vender empresas públicas mais a súa dirección estará en mans da Comisión Europea e o Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE). Así as cousas, Tsipras asegura que o feito de residir a sede do novo órgao en Grecia situará a súa dirección en mans do goberno heleno e mesmo asegurou que "xerará beneficios para a sociedade mentres que todo o beneficio da TAIPED" irá encamiñado á "amortización da débeda". Diñeiro para acredores e banca De se aprobar a revisión do resgate Grecia recibirá novos fondos procedentes dos seus acredores cos que fará fronte á devolución da débeda. Un estudo publicado pola Escola europea de Tecnoloxía e xestión de Berlín no xornal económico 'Handelsblatt' dos 216 mil millóns de euros recibidos por Grecia nos últimos 6 anos só 9,5 mil millóns foron dar ao orzamento de Atenas. O groso foron parar ao pagamento de antigas débedas (87 mil millóns de euros), 52 mil millóns para xuros e 37,3 mil millóns para recapitalizar a banca. |
NOS_47738 | A porcentaxe de fogares galegos que chega con moita dificultade a fin de mes pasou do 7,15% no segundo trimestre de 2020 ao 9,04% no segundo trimestre de 2021, segundo a enquisa conxuntural a fogares que publica esta sexta feira o Instituto Galego de Estatística (IGE). | No segundo trimestre deste ano, o 44,14% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 46,81% con dificultade e o 9,04% restante con moita dificultade. Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese un aumento de 1,21 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes. Trátase dunha diminución de 0,25 puntos no caso de quen chegan con moita dificultade e dunha diminución de 0,97 puntos na porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes. Mentres, en comparación co segundo trimestre do ano 2020, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes diminúe 1,82 puntos porcentuais e a de fogares que chega con dificultade a fin de mes tamén diminúe 0,08 puntos, pero crece en 1,89 puntos o dos que chegan con moita dificultade. De aforros a compras Así as cousas, o 36,03% dos fogares galegos pensou aforrar algo de diñeiro no próximos tres meses e o 29,21% facer algún extra en produtos de alimentación. Ademais, segundo a enquisa, o 39,21% pensou en saír cear, a cafetarías, ir ao cinema ou ao teatro e o 8,95% en facer fronte a imprevistos ou grandes compras. |
PRAZA_3190 | Se os xestores sanitarios consideran que non se debe reabrir o paritorio de Verín, que afronten con valentía a decisión e/ou que busquen recursos para manter no tempo o servizo de calidade, pero que non transladen unha responsabilidade adicional a quen non lle corresponde: as mulleres de Verín e comarca. | Recentemente, e despois dunha grande mobilización social, o presidente Feijoo anunciaba a reapertura do paritorio de Verín. Nese anuncio anticipaba que instaurará unha condición para o seu uso: a sinatura dun consentimento informado reforzado. O consentimento informado é un proceso para respectar o dereito á toma de decisións das persoas que, despois de obter unha información suficiente e comprensible, outorgan o seu permiso para seren sometidas a unha proba diagnóstica, intervención ou tratamento. Baséase no principio bioético de Autonomía, ese que nos recoñece ás persoas a lexitimidade de decidir sobre as nosas vidas, os nosos corpos e a intensidade das intervención sanitarias en distintos contextos. É unha das garantías da medicina centrada nas persoas e un principio valioso, irrenunciable e respectuoso coa nosa liberdade de elección. Tanto que pode ser revogado ata o mesmo momento da intervención. O consentimento informado ampara ás persoas, igual que as debe protexer a sanidade pública responsable da súa atención. Polo tanto non debe ser empregado para permitir a delegación de responsabilidades por parte da administración sanitaria, que con este anuncio parece advertir que elude a responsabilidade da seguridade dos partos, nun exemplo atroz desa medicina defensiva da que debemos fuxir. Podemos tamén reparar na non maleficencia, ese outro principio bioético que recomenda que as actuacións sanitarias deben procurar sempre non facer dano (aquel Primum non nocere do clásico Hipócrates). Unha lectura en clave bioética podería considerar maleficente transladar unha presión adicional a unha muller no momento do parto, que debería producirse en condicións de confianza, respecto e seguridade.Por outra banda, poderiamos analizar por que motivo serán estas mulleres e non outras as que deban asinar esta modalidade de consentimento "reforzado": acaso terán que autorizar que se lles aplique unha atención de menor calidade ou con menos garantías que outras mulleres e neonatos galegos? Nese caso, e tamén desde unha perspectiva bioética, habería que valorar se o principio de Xustiza está sendo realmente respectado. Se os xestores sanitarios consideran que non se debe reabrir o paritorio de Verín por unha cuestión de limitación de recursos, de profesionais, de equidade ou da propia seguridade das nais e os neonatos, que afronten con valentía a decisión e/ou que busquen recursos para manter no tempo o servizo de calidade, pero que non transladen unha responsabilidade adicional a quen non lle corresponde: as mulleres de Verín e comarca. |
NOS_22805 | A Estrada románica reivindica o seu valor como ben de consumo cultural e faino coa reedición dun libro que saíu do prelo por primeira vez en 1999. O seu autor, Xosé Luna Sanmartín, conta máis de dúas décadas de divulgación do patrimonio artístico que mellor define o seu concello, na comarca de Tabeirós, e a Galiza. | "O románico é a arte que mellor nos define como estradenses e como galegos", escribe Xosé Luna Sanmartín no limiar da obra A Estrada románica; un volume divulgativo que dúas décadas despois da súa primeira edición, volve saír do prelo da man de Edicións Fervenza. "O libro orixinal publicouse no ano 1999 en Edicións Fouce, promovido pola Asociación Cultural A Estrada. Era unha publicación modesta e artesanal, pero para nós tiña un gran significado, porque o que queriamos era divulgar a cantidade, calidade e orixinalidade das igrexas románicas do municipio da Estrada". Unha vez rematan as obras da catedral, os mestres canteiros viñeron traballar ás terras de Tabeirolos. Aquela primeira edición, que se esgotou ao pouco tempo de saír, presentouse en San Xurxo de Codeseda, unha das dúas igrexas estradenses que o autor sinala como máis orixinais e representativas do románico galego, paradigma deste estilo artístico en todo o territorio. Desta volta, tras máis de 20 anos de roteiros, charlas e xornadas dedicadas á arte románica do concello, a obra presentouse na praza da feira da Estrada no marco dunha nova normalidade que non logrou rebaixar o entusiasmo de quen viu cumprido o seu afán por segunda vez. O mellor románico galego "Eu e outra moita xente estabamos de acordo en que cumpría dar un paso máis", recoñece Luna Sanmartín. "Estamos ante o mellor románico da Galiza, e polo tanto, do Estado español. Algo doado de explicar pola escasa distancia que separa A Estrada de Compostela. Unha vez rematan as obras da catedral, no século XII, os mestres canteiros viñeron traballar ás terras de Tabeirolos, que é como se denominaba A Estrada naquela época". Explica o autor, tamén mestre e activista cultural, que foi así como as igrexas que xa estaban erguidas en moitas parroquias do municipio, na actual comarca de Tabeirós, deixan a súa pegada e mesmo detalles que revelan o influxo compostelán. "Temos influencias mateanas nos arquiños de ferradura de San Xoán de Santeles ou no beirado da ábsida de San Miguel de Moreira, onde unha boa colección de canzorros historiados presentan como novidade ter decorado, no espazo que queda libre entre eles, flores estreladas de seis puntas cun botón central inscritas nun círculo que nos lembran ás do Pórtico de Praterías", detalla Xosé Luna no seu libro. A Estrada románica percorre as 21 igrexas románicas coas que conta o concello, distribuído en 51 parroquias. "Eu divídoas en igrexas de ábsida semicircular, as de Ouzande, Moreira, Oca e Riobó; igrexas de ábsida rectangular, as de Tabeirós, Frades, Castro, Ancorados, Barcal e Loimil; outras con moitos pormenores románicos, como as de Santeles, Vea, Remesar ou Lagartóns, e os dous templos que considero paradigma do románico galego: a de San Pedro de Ancorados e a de San Xurxo de Codeseda". Gustaríame pór en valor as igrexas porque, en termos industriais, a Estrada é unha das máis grandes fábricas de arte románica que existe. Ademais, a obra repara nas pías bautismais que se conservan en vea e frades mais na torre de Guimarei, "o monumento civil máis representativo da nosa Idade Media e emblema do concello". Con todo, destaca Xosé Luna, as parroquias estradenses agochan outros vestixios e patrimonio abondo de estilo románico que as fan merecedoras dun recoñecemento turístico e cultural que non acaba de chegar. Bens de consumo cultural "A min gustaríame pór en valor esas igrexas, porque en termos industriais a Estrada é unha das máis grandes fábricas de arte románica que existe", incide, co ánimo de alentar iniciativas que ofrezan a posibilidade de desfrutar destes monumentos como bens de consumo cultural. Xosé Luna avoga por volver os ollos cara ao patrimonio propio para proxectalo cara a fóra, como xa fixo o profesorado da comarca, que no canto de acudir a un catálogo foráneo para as súas clases de arte, elixen como referencia as mostras que o alumnado pode gozar nas súas propias parroquias. E confía en que, con esta reedición de luxo, que inclúe o vídeo orixinal de 24 minutos realizado por Francisco Rodríguez Fontarigo, o potencial da Estrada románica, "esta arte de noso que é a que mellor nos define. Xa dicía Otero Pedrayo, que 'as parroquias significan todo, son a nosa familia; porque veñen dos clans dos antigos celtas, porque a ermida ou igrexa florece sobre o lugar onde se erguía o castro axexador de horizontes', por iso que sería moi interesante darlle pulo a esta industria descoñecida, no sentido de que non está explotada desde o punto de vista turístico". Recoñecemento A día de hoxe, as igrexas románicas da Estrada, situadas no alto, en antigos castros, permanecen fechadas e visitalas é unha tarefa complicada que require da vontade do contorno. "As chaves están ben nunha casa particular ben na taberna do lugar", sinala Xosé Luna, quen anhela para o conxunto de igrexas románicas da Estrada así como para outros exemplos do patrimonio artístico e civil do municipio, como a a torre de Guimarei ou a ponte vella de Liñares, afluente do Ulla ao seu paso polo concello, un recoñecemento capaz de aglutinar tantas visitas de calidade como recibe o Pazo de Oca. Hai moitas curiosidades e elementos que dan conta da calidade e da orixinalidade da arte románica da Estrada. Detrás de cada pedra sempre hai un misterio ou un detalle que destacar, asegura Xosé Luna, autor d'A Estrada románica. "Hai moitas curiosidades e moitos elementos que dan conta da calidade e a orixinalidade da arte románica do concello. Temos, por exemplo, a portada de Xoán de Santeles, que conta cun arco lobulado que nos lembra a influencia do Mestre Mateo", sinala, pero anticipa outras "marabillas", como a loita de leóns que se pode ver no capitel meridional da igrexa de San Lourenzo de Ouzande. "Este templo ponnos na pista dos paseos que Castelao compartiu coa súa dona, a estradense Virxinia Pereira, até o lugar, e que debuxou en numerosas ocasións. Pois aí, no presbiterio, hai unha loita de leóns que é unha preciosidade". Luna recomenda unha visita a Santo Estevo de Lagartóns, "cun capitel único e orixinal que mostra a autenticidade dos mestres canteiros chegados de Compostela, co gravado dun raposo cunha galiña na boca. Ou os capitais da igrexa de San Miguel de Moreira, ademais das dúas igrexas pentagonais que son prototipo do románico galego. San Xurxo de Codeseda, que é unha xoia, ou San Pedro de Ancorados, cunha ábsida excepcional. Inimigos do románico Apegado a este inventario de arcos, ábsidas e capiteis, Luna Sanmartín destaca a pegada que co paso dos anos deixou nestes conxuntos románicos os que el cualifica como "dous grandes inimigos do románico", os retablos barrocos e as sancristías. "Nos séculos XVI e XVII, os presbiterios enchéronse de retablos que viñeron tapar as pinturas orixinais románicas mais as seteiras. Na década dos 90, coincidindo coa retirada dos retablos para a súa restauración, chegaron as descubertas, como as que se poden ver en Santiago de Tabeirós ou en San Miguel de Moreira", onde se conservan uns frescos pintados polo mestre Frameán. Na mesma liña, as sancristías, "que viñeron estragar, máis tarde, as ábsidas, con casetos de pedra onde se vestían os curas", afirma. |
PRAZA_49 | Ares acolle ao longo deste sábado actos de información e homenaxe aos 27 republicanos que en 1939, hai 75 anos, fuxiron do porto da vila nun barco pesqueiro, que os levou a Francia. | O 21 de xullo de 1939 fuxía do porto de Ares o Bou Ramón, un barco pesqueiro. Nel viaxaban, na procura da súa liberdade e da súa supervivencia, 27 republicanos que permaneceran agochados durante os tres anos anteriores, evitando a represión fascista. A fuga acadou o seu obxectivo, sendo rescatados por un pesqueiro francés, que os trasladou ao campamento de refuxiados de Barcarés. 75 anos despois destes feitos, os seus protagonistas serán homenaxeados en Ares, cunha serie de actos que terán lugar este sábado. As actividades, organizadas pola Asociación Cultural Memoria Histórica Democratica e o Concello de Ares, comezarán ás 11 da mañá, nas Alianzas Aresás, con senllas conferencias a cargo de Eliseo Fernández e de Enrique Barrera. Pola tarde, a partir das 17 horas, desenvolverase no mesmo lugar un obradoiro de memoria, coa participación de varios descendentes dos protagonistas e coas actuacións do actor Roberto Leal Jiménez, fillo dun dos republicanos fuxidos, e do músico Víctor Aneiros. Finalmente, ás 20.30 inaugurarase un monumento en recordo da fazaña do Bou Ramón e dos seus tripulantes. Enrique Barrera explica que non se tratou dun feito illado: "neses anos a xente ía saíndo como podía; meses antes en Ferrol houbo dúas fugas de bous, o Carmiña e o Teresita. E máis adiante houbo outras saídas doutros barcos, por exemplo dende Miño" Enrique Barrera explica que non se tratou dun feito illado: "neses anos a xente ía saíndo como podía; meses antes en Ferrol houbo dúas fugas de bous, o Carmiña e o Teresita. E máis adiante houbo outras saídas doutros barcos, por exemplo dende Miño". Mais esta fuga, destaca Barrera, tivo elementos de grande espectacularidade, comezando polo feito de que o grupo de fuxidos, entre os que se atopaba o último alcalde republicano de Ferrol, Antonio Santamaría López, tivo que disfrazarse de falanxistas e de gardas civís, portando armas de madeira, para confiscar o pesqueiro. O historiador expresa o seu desexo de que se vaian coñecendo máis detalles sobre esta acción, e de que todo isto poida reflectirse nun libro que afonde na historia do Bou Ramón. Coñécese a identidade dos fuxidos e mesmo parte da súa historia nos anos seguintes (algúns loitaron conta os nazis en Francia ou remataron no campo de concentración de Mauthausen), "pero queremos saber máis cousas, moita información que nos falta sobre como viviron agochados na bisbarra nos anos anteriores ou o que pasou coas súas familias e amigos". De feito, despois de que as autoridades franquistas se visen burladas, comezaron a deter as persoas próximas aos fuxidos, que sufriron un Consello de Guerra. Barrera amosa a súa esperanza en que o obradoiro que terá lugar pola tarde sirva para coñecer máis información, máis relatos, máis historias sobre esta historia. "A data de hoxe sabemos máis cousas das que sabiamos hai uns meses, cando comezamos a organizar a homenaxe", salienta. "É moi importante sacar á luza estas testemuñas. Parece mentira, pero aínda hai xente que ten medo de falar. Cada vez que morre un señor maior é coma un libro que arde, que se destrúe. E cada vez temos menos tempo, porque as fontes escritas sempre van estar aí, pero non así as fontes orais", conclúe. En Mugardos, homenaxe a Francisco Martínez Leira, Pancho En Mugardos, ao longo de todo o mes de xaneiro, celebraranse actividades ao redor da figura de Francisco Martínez Leira, Pancho, o derradeiro guerrilleiro que actuou na comarca de Ferrolterra e que foi asasinado pola Garda Civil hai 60 anos. Pancho foi homenaxeado cunha ofrenda floral no cemiterio de Meá o pasado 31 de decembro, data na que se cumpriron os 60 anos do seu pasamento. O vindeiro venres 16 de xaneiro, no local social do colectivo Terra, o historiador Bernardo Máiz dirixirá un faladoiro co título Pancho, o último guerrilleiro, que será acompañado por un concerto de Mini e Mero. O venres seguinte, día 23, as actividades trasladaranse ao propio Concello de Mugardos, cuxo salón de plenos acollerá unha nova palestra do historiador. Finalmente, o venres 30 de novo a Casa do Concello acollerá a proxección do documental As silenciadas, de Pablo Ces Marco, e unha tertulia con Aurora Marco. A pesar da súa ideoloxía esquerdista Francisco Martínez Leira, Pancho, tivo que marchar á fronte no bando nacional, aínda que numerosas fontes destacan que neses mesmos anos colaboraba xa cos fuxidos e republicanos agochados. Finalizada a guerra, achégase ás clandestinas ANFD e Unión Nacional e ao Partido Comunista, e comeza a exercer de enlace para a guerrilla, á que se incorpora en 1948. Cando o partido decide mudar a estratexia de loita, desbotanto a opción da guerrilla, Pancho rexeita marchar a Francia, e permanece nos montes da bisbarra, realizando accións, reparto de propaganda e asaltos a dereitistas. Porén, pouco a pouco foise pechando o cerco ao seu redor, e tras ser ferido en outono de 1954 toma a decisión de exiliarse. Confiou nun familiar, que o traizoou, citándoo o 31 de decembro de 1954 en Ombre, Pontedeume, onde o agardaban dous gardas civís que, disfrazados, lle deron morte. |
PRAZA_19065 | Como Pacuchas que todas imos ser antes ou despois temos o dereito de demandar un servizo público de excelencia. Dunha atención de calidade que respeite as nosas formas de entender os procesos de vida e que non nos obrigue a recorrer ao sistema xudicial no momento que queiramos mitigar a nosa dor física e mental. | "Hora a hora, día a día, a vida faise posible" Sylvia Plath Josefa Chamábase Josefa pero atendía ao nome de Pacucha. Tiña xa a súa idade pero a xente da aldea dicía que aínda se via moza. Porén, seica os anos non pasan en balde e levaba semanas intentado curar unha gripe que non daba pasado. Non lle daban co "aquel", dicía ela. O día 26 de decembro do 2017, aproveitando que a súa filla estaba na casa polas festas acudiu ao servizo hospitalario mais perto. Despois de realizarlle as probas rutinarias non había lugar para o optimismo. A radiografía de tórax e os parámetros da análise de sangue non daban lugar a dúbidas: serían os seus derradeiros días. A mala nova foille dada á familia nun corredor ateigado de xente que reclamaba o dereito de ser atendida. De súpeto e sen miramentos. Entre bacterias e intoxicacións etílicas a familia decidiu como puido que o importante era que non sufrise, polo que decidiron o seu ingreso hospitalario. Mais a Pacucha aínda lle quedaba por diante 26 horas de espera por unha cama libre nas cales tivo un pico de febre que non foi tratado porque as mans das traballadoras non daban abasto. Antes de que o seu nível cognitivo se deteriorase tivo tempo de ver ao seu carón unha hemorraxia dixestiva alta, os vómitos do marisco en mal estado dunha rapariga nova, ducias de persoas con febre, tres accidentes de tráfico e un intento de feminicidio. Xa perdera a conta de que mais patoloxías observara cando lle asignaron unha habitación compartida. Pacucha non era parva, sabía para que ficaba no hospital. Por iso levou un disgusto grandísimo cando se dou conta de que a compañeira de habitación era unha veciña coa que non se levaba moi alá. Quen lle ía dicir a ela que os problemas polos lindes das leiras a ían acompañar ata a tumba! Tampouco tivo forzas para protestar. O alento que gardaba boa falta lle facía para respirar. Os estertores non impediron a Pacucha ter que aturar invasións médicas totalmente innecesarias durante o tempo que lle quedaba por diante. 45 horas e 34 minutos despois Pacucha finou. A filla avisou a enfermeira correspondente, que apagou a perfusión de medicación e comezou a retirar os catéteres que invadian o corpo de Pacucha. A cianose e a frialdade periférica xa era mais que evidente, e a enfermeira, pese aos centos de cadáveres as espaldas non deixou de sorprenderse unha vez mais por como de pronto transitamos cara á putrefacción. As bágoas contidas da familia daba paso as xestións burocráticas con funerarias que se requiren nestes casos. O teléfono da unidade soa: é alguén de dirección do hospital. Queren esa cama libre xa! Urxencias está colapsado. Milagros Chamábana Mila porque a súa madriña era Milagros. E fronte ás madriñas pouco hai que facer ás veces. Era nova, mais iso non lle pediu verse afectada dunha doenza respiratoria neste Nadal. Na madrugada do 26 de decembro de 2017 tivo que acudir a urxencias por dificultade respiratoria. Despois de realizarlle as probas rutinarias non había lugar para o optimismo. A radiografía de tórax e os parámetros da análise de sangue non daban lugar a dúbidas: serían os seus derradeiros días. A mala nova foille dada á persoa mais achegada nunha consulta aparte da xente que agardaba a ser atendida. Con delicadeza e sinceridade. Co silencio e a serenidade da madrugada, a compañeira de Mila decidiu como puido que o importante era que non sufrise, polo que decidiu que pasara os seus últimos días na casa. Recibiu as instrucións por parte da profesional de como coidala e tivo un teléfono ao cal chamar as 24h do día por se tiña algunha dúbida. Unha vez na casa familiar Mila decidiu o sitio onde quería pasar os seus últimos días. O corpo pedíalle un lugar escuro e sen ruídos. Así foron cumpridos os seus desexos. Comeu cando quixo, durmiu o que puido e as persoas que vivian con ela ían facerlle agarimos de cando en vez aínda que ela non quería moita festa. Cinco días despois, tras un empeoramento drástico voltou ao servizo de urxencias onde morrería aos poucos minutos. Alí, a persoa que a acompañou durante a morte e a vida, chorouna e sostívoa na intimidade ata que a cianose e a frialdade periférica era mais que evidente e sentiu que xa era o momento da despedida. Tivo por parte das profesionais que a atenderon palabras de consolo, privacidade e tempo para despedirse da compañeira coa que compartillara os últimos desamores, ledicias, crises existenciais, solainas de veran e fríos de inverno. A morte de Pacucha e Mila Descoñecemos todo sobre a nosa fin porque afortunadamente aínda estamos vivas, mais o que preocupa extremadamente é que non saibamos absolutamente nada do camiño que teremos que andar para chegar ao noso falecemento. A maneira na que desexamos e queremos morrer, que por outra banda non é mais que unha forma de decidir como queremos vivir. "A morte"; fálannos dela como unha idea etérea, lonxana, en singular e por suposto en feminino (como todas as cousas das que non gostamos). Quizais para non asumir que é un feito que sucede no concreto, en calquera momento, e chea de pluralidades. Todas as mortes son radicalmente distintas, aínda que para simplificarmos termos dende o ámbito sanitario e a bioética distinguen entre a boa e a mala morte; a ortotanasia e distanasia. Tanto Mila como Josefa morreron as dúas dun edema agudo de pulmón. Daquela en que se diferencian os seus pasamentos? Mila é unha gata e foi tratada no final dos seus días por unha veterinaria. Josefa é o nome dunha das persoas que se esconde tras as fotos do colapso dos servizos de urxencias do sistema sanitario público galego. O home branco occidental, que moito mata pero que pouco acompaña na morte, é quen decide nos despachos que as Pacuchas pasen as súas últimas bocanadas de aire acinadas en corredores mentras noutro lugar coexisten camas pechadas con unidades a medio rendemento Unha sociedade non será xusta namentras exista maltrato animal mais tampouco o será namentras haxa gatas que morran mellor que as persoas. Nun escenario biosanitario onde conviven miles de Josefas, cómpre facer unha profunda reflexión e unha radical transformación do mesmo. Urxe, voltar a raíz léxica facendo do medio hospitalario unha experiencia hospitalaria alonxándoa da distopía vixente. E esta mudanza pasa ineludiblemente por unha despatriarcalización do estamento sanitario e das relacións que se xeran nel. Nun organigrama empresarial extremadamente vertical non teñen cabida as relacións humanas igualitarias. O home branco occidental, que moito mata pero que pouco acompaña na morte, é quen decide nos despachos que as Pacuchas pasen as súas últimas bocanadas de aire acinadas en corredores mentras noutro lugar coexisten camas pechadas con unidades a medio rendemento. Ao mesmo tempo, as mulleres anónimas de cada familia fan de soporte emocional e fisiolóxico ao lado das padiolas acinadas de cada Pacucha sen pedirlle un euro ao home branco occidental. Esas mesmas mulleres, tildadas de ignorantes, non comprenden como é que xente con tantos estudos non sabe xestionar unha campaña da gripe ano tras ano. Como profesionais da saúde que somos non nos podemos permitir dar un diagnóstico fatal sen mirar aos ollos. Sen intentar comprender a dor de quen temos diante. Sen entender que o noso traballo trata do coidado no sentido mais profundo, íntimo, radical, doloroso e feminista do termo. Temos a obriga de non deixar que o uniforme laboral nos contaxie da asepsia nen da precariedade que impida a realización dunha práctica clínica digna e rigurosa. Como Pacuchas que todas imos ser antes ou despois temos o dereito de demandar un servizo público de excelencia. Dunha atención de calidade que respeite as nosas formas de entender os procesos de vida e que non nos obrigue a recorrer ao sistema xudicial no momento que queiramos mitigar a nosa dor física e mental Como Pacuchas que todas imos ser antes ou despois temos o dereito de demandar un servizo público de excelencia. Dunha atención de calidade que respeite as nosas formas de entender os procesos de vida e que non nos obrigue a recorrer ao sistema xudicial no momento que queiramos mitigar a nosa dor física e mental. E como sociedade, quédanos a grande tarefa pendente de pór no centro todos os ciclos da vida. De colocar a vulnerabilidade humana como epicentro, como parte fundamental do valor humano. Temos que falar sobre a(s) morte(s). Porque nacer é necesario; ter unha boa morte é vital. [NOTA: Mila foi a gata que viviu comigo nos últimos 6 anos e a cal quería un mundo. Josefa é unha personaxe ficticia que calquer parecido coa realidade é casualidade... Ou non]. |
NOS_8468 | A versión do exército israelí segue a ser oposta á dada polas testemuñas do asasinato. | O exército de Israel afirmou no día de onte que un dos seus soldados puido asasinar "por erro" a xornalista palestina de Al Jazeera Shireen Abu Akleh, morta o pasado 11 de maio en Cisxordania despois de recibir un disparo na faciana. Acusan Israel de matar unha xornalista catarí en Palestina En concreto, as autoridades militares israelís sinalan que os datos achegados durante a súa investigación mostran que "hai unha alta posibilidade" de que a xornalista, que ía debidamente identificada cun casco e un chaleco de prensa, "fose alcanzada accidentalmente por disparos do Exército a sospeitosos identificados como pistoleiros palestinos armados". Segundo a versión israelí, a morte de Abu Akleh, que tivo lugar na cidade de Yenín, non foi premeditada, senón que ocorreu de maneira accidental, froito dunha "disputa" entre soldados do Estado de Israel e "milicianos" palestinos. Autoridades israelís agriden a poboación palestina no funeral da xornalista de 'Al Jazeera' Porén, esta versión é totalmente oposta á dada por Palestina e os xornalistas que na mañá daquel 11 de maio acompañaban a correspondente de Al Jazeera en Cisxordania. Nas súas declaracións, recollidas pola Oficina da ONU para os Dereitos Humanos, no momento do asasinato só os militares israelís estaban a disparar. Ademais, explican que non se trataba dun combate entre Israel e Palestina, senón que era unha operación do exército contra a poboación de Yenín. Sen investigación criminal Pese a que o seu exército está directamente implicado na morte da xornalista palestina, Israel confirmou que non abrirá ningunha investigación criminal, xa que mantén que os seus soldados actuaron correctamente e non podían distinguir os correspondentes que estaban alí presentes. A ONU confirma que a xornalista palestina Abu Akleh foi asasinada por Israel O pasado mes de xuño, Nacións Unidas xa adiantara nun informe que, tras analizar "todas as informacións recompiladas" por investigadores independentes, as evidencias confirmaban que Israel foi quen asasinou a xornalista. Para elaborar o informe, os investigadores recolleron as versións de integrantes das forzas armadas israelís e da Fiscalía Xeral de Palestina. Segundo os testemuños de ambas partes, non existía actividade armada por parte de grupos palestinos no momento do asasinato. A familia da xornalista asasinada por Israel exixe "xustiza" a Estados Unidos Pola súa parte, Estados Unidos tamén confirmou que Israel é o autor "máis probábel" do asasinato da correspondente, xa que a bala que acabou coa súa vida, construída nos EUA, pertencía aos lotes de armamento que o exército israelí merca en solo estadounidense. |
PRAZA_7084 | Cáritas reclama novas políticas de vivenda e medidas como "aluguer social ou ocupación de vivendas baleiras" para darlles respostas ás 3.600 persoas que dormen cada noite nas rúas galegas. O presidente da Xunta chama a "traballar" para "saber por que, se hai albergues que non se utilizan, hai xente que dorme na rúa". Audio no interior | "Unha vivenda digna para todo o mundo". A reclamación non sae dun partido político, nin sequera dun movemento cidadán contra os desafiuzamentos. Lánzaa Cáritas, a organización dependente da Igrexa católica dedicada á acción social que, no marco da súa a prol das persoas sen fogar, vén de traducir en cifras as dificultades que atravesa este colectivo, "cada vez máis numerososo e que vemos por calquera rúa de calquera cidade", di o seu director en Compostela, José Anuncio Mouriño. En Galicia, calcula a institución, "viven na rúa de maneira precaria" un total de 3.654 persoas ás que "a sociedade ten que darlles solucións". Esta reclamación atopou unha rechamante resposta no presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que a preguntas da prensa retrucou, dende o "respecto" a Cáritas, que hai prazas libres "nos albergues" en diferentes puntos do país. Fronte á elocuente proposta presidencial a petición de Cáritas vai moi alén do asistencialismo. A vivenda, din, é "unha ferramenta fundamental para a vida en dignidade das persoas" como "espazo físico" para "o desenvolvemento integral do ser humano". Galicia, subliñan, é a segunda autonomía do Estado en número de persoas sen teito por cada cen mil habitantes: "133 fronte á media de España, que é de 71". Son datos que convidan á preocupación, din, nun contexto no que, por exemplo, cada noite dormen na rúa 295 persoas na cidade da Coruña, 215 en Pontevedra e 127 en Santiago. "As cifras son aterradoras", sinalan dende Cáritas, aínda que se trata dun continxente de persoas que é posible abranguer cunha "política de vivenda que garanta o dereito e preveña e combata a vulnerabilidade e a exclusión". Cáritas reclama plans en materia de "aluguer social" e a "ocupación de vivendas baleiras" para solventar a situación das 3.600 persoas que dormen na rúa en Galicia Mentres Cáritas apela á Carta Social Europea e a "realizar, de forma urxente, unha reforma xurídica no ámbito do alugueiro e dos procedementos de execución hipotecaria, así como a "fomentar o aluguer social e a ocupación de vivendas baleiras", Feijóo acolle os datos cun aquel de receo e subliñando que "Cáritas sabe" que en Galicia "os albergues teñen, todas as noites, prazas que non se utilizan". A xuízo do presidente cómpre "traballar", pero "para saber por que se hai albergues que non se utilizan, hai xente que dorme nas rúas en Galicia". Asemade, engade, "nos sorprenden eses datos" porque "dicir que Galicia e Euskadi son as comunidades con máis persoas sen teito [sono, pero en relación á súa poboación, non en termos absolutos] non se compadece cos cartos que se destinan aos gastos sociais" e ás axudas "de emerxencia" en ambas autonomías, que "están moi por riba das do conxunto do Estado, segundo datos de calquera tipo de estatística oficial". Case 300.000 vivendas baleiras Mentres se producían estas reflexións do xefe do Executivo unha delegación de persoal, voluntarios e persoas usuarias dos servizos sociais de Cáritas achegábanse á sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), en Compostela, para simbolizar a necesidade dunha política de vivenda alternativa que, entre outros aspectos, impida a existencia dun amplo parque de vivendas baleiras, un número moito maior que o de persoas que viven na rúa. Así, por exemplo, segundo os datos máis recentes do Instituto Galego de Estatística, do ano 2011, Galicia conta con 299.396 vivendas sen habitar, case o 20% do total. Por provincias, o maior número de vivendas baleiras estaba nese ano na Coruña, con máis de 120.000, seguida de Pontevedra, con 78.000, Ourense, con case 56.000 e Lugo, que supera as 45.000 vivendas sen persoas vivindo nelas. "A sociedade é a responsable de todas esas persoas que non teñen un lugar digno para vivir", di Cáritas, que levou a reivindicación ante o IGVS Estas cifras danse nun contexto no que Cáritas, "sen contar coas parroquias", tivo que "facer fronte a 193.854 euros no que vai de ano" para atender necesidades básicas destas persoas como "alugueres, subministros [como luz e auga] e habitacións". "Parécenos que isto non é correcto, xa que consideramos que a sociedade é a responsable de todas esas persoas que non teñen un lugar digno para vivir", di o director da institución, quen ademais lembra que este tipo de pobreza "ten, cada vez, máis, rostro de muller". "Tampouco se pode esquecer a mocidade que supera os 18 anos e que, fundamentalmente, procede de centros tutelados que teñen a rúa como vivenda habitual", salienta. "Falamos de seres humanos que senten o mesmo ca nós", evidencian. |
NOS_28902 | O sistema de concerto económico, ou cupo, sería sustentábel para Galiza. Así o evidencian os dados que pomos sobre a mesa na información recollida no Sermos Galiza 230, á venda nos quiosques e na loxa. Eis un extracto. | Desde hai anos, principalmente desde que o movemento independentista en Catalunya conquiriu cotas insólitas, o Estado apóiase nos resultados das balanzas fiscais para arrefriar na opinión pública as arelas da Generalitat. Non é neutral nin casual a intención do Goberno central de reducir o asunto a un único indicador –as balanzas fiscais e, ademais, cunha metodoloxía, a de carga-beneficio, que, paradoxalmente, non emprega a Unión Europea co Estado español- obviando outros elementos de xuízo como a balanza comercial, os fluxos económicos e mesmo o saldo enerxético, que no caso de Galiza teñen unha importancia crucial. As conclusións do Proceso Adiante encetado polo nacionalismo galego achegan dados interesantes: en 2015, a diferenza entre o que o Estado recada en Galiza e o que Galiza recibe a través de transferencias atinxiu os 4.000 millóns; nese período, ademais, expatriáronse perto de 15.000 millóns de euros dos aforros das galegas e dos galegos para financiar créditos noutras zonas do Estado; e tamén existen máis de 4.000 empresas que non tributan en Galiza malia desenvolver aquí gran parte da súa actividade económica ou aproveitarse dos seus recursos. Hai, con todo, estudos máis recentes. O último, o do economista e ex deputado Xosé Díaz, As contas que nos contan, un traballo que vén de editar Sermos Galiza e que cuestiona a idea dunha Galiza "dependente" e beneficiada pola solidariedade do Estado. "Non é tal, nin moito menos", comeza o autor. "Por exemplo, o sistema actual estima que en 2014 o custo total das competencias transferidas ascendeu a 7.043 millóns reais; mentres, os impostos soportados polo galegos chegaron aos 11.131 millóns. O que Galiza gañaría cun sistema de concerto resulta evidente atendendo a estes números". [Podes ler a información íntegra no número 230 de Sermos Galiza, á venda nos quiosques e na loxa] |
PRAZA_1255 | O aínda presidente en funcións anuncia que non permanecerá na Deputación de Pontevedra de confirmarse o acordo entre PSdeG e BNG. Deixará o cargo tras máis dunha década de influente poder e logo de asegurar hai seis meses a dirección da Federación Galega de Fútbol. | Marcha un dos baróns do PP. O aínda presidente en funcións da Deputación de Pontevedra e líder provincial do PP, Rafael Louzán, anunciou xa que non será deputado no vindeiro mandato de, tal e como está previsto, confirmarse o pacto entre PSdeG e BNG. O acordo situará a socialista Carmela Silva á fronte dun organismo que o aínda dirixente abandona máis dunha década despois. Rafael Louzán abandona a Deputación logo de máis dunha década como presidente Desde 2003 levaba Louzán á fronte da Deputación, virando así nun dos máximos expoñentes dese poder provincial omnipresente que antes representaban Cacharro ou Baltar pai e que agora tan só mantén Baltar fillo. Perde o PP o organismo que controlaba desde épocas de Mariano Rajoy ao baixar de 17 a 12 deputados, polos 10 que ten o PSdeG, os 4 do BNG e un das Mareas, que completaron a desfeita popular xunto á fortaleza de Lores en Pontevedra e a enorme maioría absoluta de Caballero en Vigo. Asegura Louzán que non porá atrancos a un traspaso de poderes que se realizará "sen problemas". Abandona a cadeira de mando pero desde o pasado mes de decembro ocupa xa outra, a da Federación Galega de Fútbol (FGF), que acadou logo de vencer nas eleccións ao alcalde -reelixido este 24M- de Cerceda, José García Liñares... E despois tamén de 70 campos de fútbol pagados con fondos públicos da Deputación, sempre moi interesada e implicada no mundo do fútbol. O aínda presidente anunciou a súa despedida do organismo provincial na sinatura dun convenio co Pontevedra CF. Louzán abandona a cadeira de mando na Deputación cando xa está sentado na da Federación Galega de Fútbol Foi un dos seus últimos actos como cargo público dun home que leva vinte na política. En 1995 foi elixido tenente de alcalde en Ribadumia, onde traballaba como funcionario, logo de que se presentase aos comicios co PP local. Xa daquela entrou como deputado na Deputación polo Salnés e un ano despois accedeu á vicepresidencia. En 2003, entrou como presidente en substitución de Manuel Abeledo López, pero xa era o home forte do PPdeG na provincia, presidente do partido desde 2000, lugar ao que accedeu como solución de urxencia do daquela secretario xeral da formación, Xesús Palmou. Pero prestoulle o posto, sobre todo o do organismo provincial. Tanto que o tentou amarrar de calquera maneira. Logo das eleccións locais de 2007, Louzán -e o PP- mantívose á fronte da Deputación de Pontevedra por unha escasa marxe de pouco máis de 200 votos. Fora clave daquela o traballo que o presidente realizara para xuntar ao PP numerosas listas independentes de dereitas, que acabaron integrándose ao partido. De 42 que existían pasaron a 20. A estratexia continuou de cara aos seguintes comicios, en 2011, pero entón mobilizou non só independentes, senón tamén tránsfugas. A unión de grupos independentes ao PP e a mobilización de tránsfugas foron claves para manter o seu poder na Deputación Aproveitou unha viaxe de Feijóo a América para presentar unha moción de censura en Mos que vetara o partido e entregar a alcaldía a Nidia Arévalo, suspendida de militancia. En Silleda tirou de tránsfugas socialistas para darlle o bastón de mando a Ofelia Rey, o que acabou rachando a formación local; e en Tui manobrou cun independente inimigo do imputado rexedor popular. En Porriño, desaloxou o nacionalista Raúl Francés e deulle a alcaldía a un independente, Nelson Santos, que fichou polo PP e aí segue. Son só exemplos (e hai máis como en Nigrán ou Ponteareas) dalgúns métodos que adoitaban ir acompañados de importantes achegas da Deputación a eses mesmos municipios. Moitas desas axudas chegaron en formas de campos de herba artificial. Uns 676.000 euros en Marín, 442.000 en Vilaboa, 342.000 en Cotobade, 354.000 en Covelo, un millón en Moraña e outro en Cuntis. Son só algúns dos concellos da lista na que figuran nomes como A Sangriña, San Amaro, O Pombal, Monte da Lomba, O Salgueirón, Camballón, A Bouza ou A Seca, uns poucos exemplos dos campos de fútbol que, durante os últimos anos, foron tapizados con herba artificial grazas aos fondos públicos da Deputación de Pontevedra. Arredor de 40 millóns de tería gastado a Deputación en campos de herba artificial para concellos da provincia Calcúlase que arredor de 40 millóns de euros da administración provincial pontevedresa foron parar xa nos últimos anos a estas instalacións deportivas. A súa construción e financiamento respondía a unha estratexia exposta abertamente pola Deputación: "Dispoñer de, cando menos, un campo na práctica totalidade dos concellos", o que non impide que en municipios como Ribadumia, concello natal de Louzán, se acumulen xa catro destes campos. Os diferentes céspedes, en todo caso, eran utilizados polos clubs que, maioritariamente, lle deron despois o apoio nas eleccións á Federación Galega de Fútbol (FGF). No mundo do fútbol sospéitase que Louzán ten como obxectivo presidir a Federación Española de Fútbol O presidente do PP de Pontevedra logrou 80 votos na asemblea da FGF celebrada a finais do pasado mes de decembro, compostos por representantes de todos os ámbitos do fútbol, fronte aos 65 de Liñares. O alcalde de Cerceda reclamara incluso que a Secretaría Xeral para o Deporte, dependente da Presidencia da Xunta, investigase se Louzán incorrera en "conduta delitiva" durante a carreira electoral ao utilizar, asegura, medios da Deputación, e "armas de convicción poderosas". "Cargos e persoal da Deputación foron interventores no proceso electoral despois de que, en moi poucos días, pasasen a formar parte de directivas de clubes como o Ribadumia e o Umia", denunciou. O ruxe-ruxe, xa daquela, indicaba a posibilidade de que Louzán abandonase a Deputación, independentemente do resultado electoral das eleccións municipais. O xa ex presidente decidiu non seguir de deputado e dedicarse en plenitude á FGF, aínda que no mundo de fútbol son moitos os que pensan que o seu obxectivo é substituír algún día a Ángel María Villar, presidente da Federación Española. Que ninguén o descarte. |
NOS_6162 | O conxunto vigués dominou dous terzos do seu encontro en Balaídos contra a Real Sociedade pero deixou escapar dous tantos de vantaxe e empatou (2-2) na prolongación cun tanto en propia porta. | O Celta tiña todo na súa man e confirmaba as boas sensacións do seu inicio en Liga pero unha media hora final desafortunada tirou por baixo a vantaxe de dous tantos que acadou ante a Real Sociedade e, así, rematou perdendo dous puntos na prolongación, empatando a dous goles en Balaídos. Non é preocupante, o equipo celeste emite signos positivos aínda que xa van dúas xornadas nas que deixa escapar o conseguido na recta final. Pero hai motivos para a confianza en Vigo. O magnífico ataque do conxunto de Berizzo puxo por diante ao Celta primeiro por medio dun Orellana en gran momento de forma e despois por parte de Larrivey, outro que anda fino. Porén, cando xa parecía complicado que a vitoria -e o posto de Champions- escapase do campo celtista, foi primeiro Agirretxe e logo, xa coa mala sorte como compañeira, Jonny en propia meta no minuto 91 os que deixaron a igualada no marcador dun encontro que debeu ser triunfo local pero do que a Erreala levou un punto. |
NOS_33895 | Rafael Cuíña, da Executiva de Compromiso, respondeu xa desde a súa conta de Twitter ás palabras de Díaz: "Eu pregaríalle, con todo o afecto, que non perda moito tempo en nos excluir. Ninguén quere ir con eles" | AGE vaticina eleccións anticipadas tanto na Galiza como no Estado español. Insiste no seu "chamamento amplo contra o modelo que defende Feijóo" e deixa claro que nese proxecto segue sen caber Compromiso por Galicia, a formación que dirixe Xoan Bascuas e que foi vetada por Esquerda Unida xa á hora de constituír a coligación en que finalmente se integraron catro forzas políticas. Así se manifestaron o voceiro, Xosé Manuel Beiras, e a vicevoceira, Yolanda Díaz, en senllas entrevistas concedidas o domingo á Cadena Ser e á Radio Galega. Na emisora española falou Beiras, subliñando que o PP non poderá manterse no poder até esgotar as lexislaturas nin galega nin estatal. Considera que a formación conservadora "está a desprezar absolutamente a cidadanía", citando como exemplos desde as fotos co narcotraficante Marcial Dorado que se fixo Feijóo até os sobres de Luís Bárcenas. "Por cousas moito máis pequenas dimiten en Europa e aquí non demite nin Dios", enfatizou o líder de AGE. Beiras falou tamén da concorrencia de Anova e Esquerda Unida xuntas ás eleccións europeas (2014) e municipais (2015). Namentres a reelixida coordinadora nacional de Eu, Yolanda Díaz, asegura que na súa formación política "xa fixemos este debate e témolo claro", Beiras apelou a "volver repensar a fórmula de forma aberta para que se poida ampliar o espectro". Acrecentou que "se o facemos ben alimentaremos unha fronte ampla" que poida combater as políticas do PP "aínda que reduza os deputados a 61". Sobre esta supresión de escanos, que o PP volveu propor nos últimos días, o líder de Anova ve "unha cortina de fume" para se escorregar Feijóo da polémica das instantáneas no iate de Dorado. No proxecto de Díaz non cabe CxG Pola súa banda, Díaz aproveitou a entrevista na Radio Galega para apelar "á unidade de todas as esquerdas" para "sumar forzas coas nosas diferenzas". A eventual ampliación de AGE a outras forzas políticas en ningún caso incluiría Compromiso por Galicia pois "as alianzas vense nos programas políticos" e a formación de Bascuas "non está na liña de converxer nunha esquerda anticapitalista". CxG foi excluído xa na coligación que concorreu aos comicios do 21 de outubro e baixo as siglas de AGE foron Anova, EU, Equo e Espazo Ecosocialista. O veto a esta organización foi aceptado tamén por Beiras, o mesmo que en tempos se comprometera a "excluir a quen exclúe". Si caberían no proxecto, segundo Díaz, Esquerda Anticapitalista e BNG. "Respectamos a decisión" da formación frontista, que rexeitou este convite a facer parte de Alternativa, "mais seguimos a facer un chamamento amplo contra o modelo que defende Feijóo e que conduce á fame e á pobreza". Ao igual que Beiras, tamén Díaz fala da constitución dunha "fronte popular" na cal "cabemos todos". E o dereito a decidir da Galiza? "Nós defendemos un modelo federal e laico" que non se diferenciaría, segundo Yolanda Díaz, "substancialmente en nada" daqueloutro que procuran "os nacionalistas" pois tamén para Esquerda Unida o noso País ten dereito a decidir por si propio cal é a relación que quere manter "co resto dos pobos de España". Insistiu en "reforzar" AGE no marco dunha Galiza "polarizada" entre esta coligación e o PP: "Non hai dúbida diso, abonda con ler a imprensa". |
NOS_2031 | As firmas Martinsa-Fadesa ou Clesa aparecen entre as maiores morosas da Galiza, segundo a listaxe publicada esta segunda feira pola Axencia Tributaria. A administración falou de máis casos con grandes cifras pendentes de pago. | A compañía Martinsa-Fadesa, as construtoras Inalcuba e Epaat, o ex banqueiro Mario Conde ou a firma Clesa son algunhas das contribuíntes que aparecen na listaxe de morosas que fixo pública a Axencia Tributaria esta segunda feira. No documento aparecen aquelas sociedades ou persoas que teñen débedas superiores a 600.000 euros coa facenda pública. A sociedade en liquidación fundada por Fernando Martín Álvarez, por exemplo, aínda ten pendente un pago de 24,08 millóns (o ano pasado eran 27). Inalcuba non abonou 9,77 millóns e a promotora Epaat fica con 8,02 millóns. Pola súa parte, segundo as cifras facilitadas esta segunda feira por Facenda, Mario Conde debe agora 7,82 cando hai xusto un ano estaba por enriba dos 8,4 millóns de euros. No entanto, esa gran cantidade o mantén na listaxe de morosos ao igual que sucede con Clesa, que aínda ten que abonar 6,66 millóns de euros. Por enriba dos cinco millóns de euros Outros nomes propios da economía galega que figuran como morosos por deixar pendente o pago de tributos son Gallega de Molienda de Clínker (6,32 millóns), Energal Distribución de Biocarburantes (5,99 millóns) e Freiremar (5,62 millóns de euros). Por enriba da cifra dos cinco millóns está tamén a Compañía de Protección e Vixilancia Galaica (5,44 millóns). Aliás, entre os tres e os catro millóns figuran Limpezas do Noroeste (3,92 millóns); Carburantes Noroeste (3,46 millóns); Cinur Consultores Urbanísticos e Inmobiliarios (3,41 millóns); Ferralla Lois (3,34 millóns); Construccións Mon (3,33 millóns) e Confecciones Deus (3,3 millóns). |
NOS_14015 | O veredicto de culpabilidade contra Derek Chauvin, o policía que matou a George Floyd, supón a primeira condena contra un policía branco en acto de servizo no estado de Minnesota. Mais para organizacións como Black Lives Matter non supón un cambio substancial, "a supremacía branca existe", recorda nun comunicado. | Cando o 25 de maio de 2020 un policía de Mineápolis, a capital do estado de Minnesota nos Estados Unidos, mantiña durante 9 minutos e 29 segundos o seu xeonllo na gorxa de George Floyd, até matalo, a policía xa executara a outras 6 persoas afroamericanas e desarmadas nos primeiros 5 meses do ano. Outras 12 morrerían até o final de 2020. Na tarde da pasada terza feira, o xuíz Peter Cahill leu o veredicto do xurado, que chegou a unha decisión unánime despois de só 10 horas de deliberación. A decisión das 13 persoas do xurado foi considerar culpábel a Derek Chauvin dos tres cargos dos que estaba acusado: asasinato en segundo e terceiro grao e homicidio imprudente en segundo grao. Estes cargos implican que o policía Chauvin tiña intención de matar a George Floyd, ademais de actuar de forma perigosa e irresponsábel. Se ben a sentenza non será anunciada até dentro de dous meses, sinalou o xuíz Peter Cahill, Chauvin podería enfrontarse a 40 anos de prisión polo asasinato en segundo grao, aínda que expertos legais consultados polos medios estadounidenses sitúanna arredor dos 12 anos, ao non contar con antecedentes. A morte de George Floyd hai menos dun ano desatou as protestas raciais máis importantes nos Estados Unidos cando menos nos últimos 30 anos, despois das producidas nos Ánxeles tras a malleira policial a Rodney King o 3 de marzo de 1991. Igual que naquela ocasión, foi chave o feito de que a agresión se gravara para permitir que o público fora consciente da situación real da violencia policial contra os afroamericanos, neste caso o mérito é de Darnella Frazier, entón con 17 anos, que evitou que este asasinato quedara impune. A condena a Derek Chauvin é a primeira por violencia a un policía branco en acto de servizo no estado de Minnesota. Supremacía branca A pesar disto, esta condena non implica máis que o que é, unha condena. Black Lives Matter, organización que promove o activismo para rematar coa violencia policial contra a comunidade afroamericana, publicou unha nota de prensa pouco despois de coñecerse o veredicto onde aclaraba que isto "non cambia o que sabemos todas nós: a supremacía branca aínda existe". Tamén quixeron sinalar que aínda que apoian a familia de Floyd para que atope consolo, "un sistema opresivo e racista non pode nin fará xustiza para o noso pobo. O que vimos hoxe foi algunha forma de rendición de contas, non de xustiza [...]. A xustiza significaría un sistema non enraizado na supremacía branca, o día en que a conseguiremos é o día no que non se nos quite ningunha vida de persoas negras a mans da policía", amais de pedir máis investimento nas súas comunidades. O racismo é unha parte fundamental da historia estadounidense, un país enriquecido a base dos sacrificios de man de obra escrava. Até a vicepresidenta Kamala Harris recoñeceu poucas horas despois do veredicto "a longa historia que ten Estados Unidos de racismo sistémico", que leva a que algunhas persoas sexan consideradas "menos humanas", laiouse. Nos mesmos termos se expresou Joe Biden, presidente dos EUA, ao recoñecer que "o racismo sistémico é unha mancha na alma da nación", mentres reiteraba a necesidade de rematar coa violencia policial. As estatísticas corroboran esta situación, segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos o 13% da poboación do país é afroamericana. En cambio, representan o 40% da poboación en prisión e o 24% das persoas mortas por disparos en policía o ano pasado. A probabilidade de recibir un disparo das forzas de seguridade é case tres veces máis alta que para as persoas brancas. A esperanza de vida dunha persoa afroamericana nos Estados Unidos é tres anos e medio menor que o dunha persoa branca, asegura o censo oficial, que tamén recolle que o 21% da comunidade afroamericana vive por debaixo do limiar da pobreza, mais para os estadounidenses brancos, esta cifra redúcese ao 8,1%. Até nos datos de desemprego a diferenza é palpábel, 9,6%, case catro puntos por enriba da media dos EUA, como revela a oficina de Estatística do país. Aínda coa condena a Derek Chauvin, o policía que asasinou George Floyd, a violencia policial nos Estados Unidos contra as persoas afroamericanas non cesa. Só na última semana saltaron á palestra pública tres novas mortes a mans da policía: Adam Toledo de 13 anos en Chicago, unha adolescente de 15 en Columbus (Ohio) e un rapaz de 27 na mesma cidade. Os tres casos fixéronse públicos despois de filtrarse os vídeos das cámaras dos axentes da policía. A comezos de marzo foi aprobada unha iniciativa parlamentar na Cámara de Representantes que cando menos prohibiría determinadas técnicas de represión -como a que matou George Floyd-, ou crearía un rexistro de malas prácticas, mais a proposta está paralizada polo bloqueo republicano. |
NOS_12963 | O semanario inclúe unha entrevista co experto en historia Xosé Manuel Núñez Seixas e unha reportaxe sobre a migración das aves, entre outros interesantes contidos. Poderás atopalo nos quiosques, librarías e na nosa tenda en liña. | A fotógrafa galega Maruja Roca é a protagonista dun novo número do Sermos Galiza, no que tamén se fala de historia, de paisaxes e de cociña. Baixo o título "A fabulación de Maruja Roca", Tensi Xesteira pon en valor a figura desta artista galega pouco coñecida. Con fotos da propia Roca, a xornalista fala do libro "O feitizo de Maruja" no que Nieves Neira rescata parte do seu legado coa axuda de aCentral Folque. A entrevista desta semana está destinada a facer un repaso por algúns dos episodios do franquismo. Para iso a xornalista Montse Dopico conta co especialista Xosé Manuel Núñez Seixas, que ademáis vén de gañar o XX Premio Ramón Piñeiro. En "Núñez Seixas. A historia heterodoxa", fálase da relación do franquismo coas identidades soberanistas, entre outras cuestións. Manuel Xestoso asina a reportaxe "Viaxeiras do inverno. Aves nas zonas húmidas galegas", na que se convida ás e aos lectores a reflexionar sobre as migracións e movementos da natureza en contraposición cos confinamentos pola pandemia. Na sección Andar e Ver, o Colectivo Xea -formado por Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo- visita unha ruta pouco explotada para o turismo na comarca das Mariñas. Con eles poderás ir "Entre o Lambre e o Mandeo, da ponte do Poco á ponte do Pedrido". Mario Regueira e Inma Otero Varela informan das novidades editoriarias e dos libros que quedaran no baúl e que son lecturas obrigadas. Mentres Mauro Borrazás e Andrés Díaz Pazos propoñen delicias musicais para pór banda sonora ao tempo de lecer. Da sección de Cinema encárgase, como cada sábado, o experto Andrés Castro. Ademais, Anxo Fole idea un menú de fin de semana no apartado de cociña. Pero se a degustación non fora suficiente, aínda quedan os pasatempos de Xerardo R. Roca e Xoán Costa.. Poderás gozar de todos estes contidos mercando o Sermos Galiza que atoparás mañá, xunto co Nós Diario, nos quiosques e na nosa tenda en liña para a súa lectura na nube. Se a preguiza é a túa compañeira, vai sendo hora de que fagas a subscrición! |
NOS_43967 | A inflación subxacente alcanzou novamente o seu valor máis alto desde 1993. | O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu tres décimas en agosto en relación ao mes anterior, pero moderou a súa taxa interanual tres décimas, até 10,5%, despois de alcanzar o pasado mes o seu nivel máis alto desde setembro de 1984., segundo os datos definitivos publicados esta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O aumento do prezo de bens básicos é na Galiza 200% superior á suba dos salarios No caso da Galiza, a inflación ascendeu até 11%, medio punto porcentual máis que a media estatal. O dato supón unha leve melloría con respecto ao de xullo deste ano, cando o IPC subiu até 11,5% en comparación ao mesmo mes de 2021, o maior rexistro en 40 anos. Coa moderación de tres décimas rexistrada polo IPC interanual en agosto, a inflación acaba cunha tendencia de tres meses consecutivos de ascensos na súa taxa interanual: en maio escalou até 8,7%; en xuño superou os temidos dous díxitos (10,2%) e en xullo disparouse até 10,8%. Agosto é, por tanto, o terceiro mes consecutivo no que a inflación supera as dúas cifras. Baixada dos prezos dos carburantes Segundo o INE, a moderación do IPC interanual até 10,5% débese, principalmente, á baixada dos prezos dos carburantes. De feito, o grupo de transporte moderou máis de 4,5 puntos a súa taxa interanual, até 11,5%, debido ao abaratamento das gasolinas e lubricantes. A Galiza alcanza o seu nivel máis alto de inflación das últimas catro décadas Por contra, en agosto subiron os prezos da electricidade e dos alimentos. Estes últimos rexistraron en agosto unha subida interanual de 13,8%, tres décimas superior á de xullo e a máis alta desde o comezo da serie, en xaneiro de 1994. Destaca, especialmente, o encarecemento da carne, o pan e os cereais e o leite, o queixo e os ovos. Sen carne, peixe e leite pero con zumes e chocolate branco: Así é a primeira 'cesta da compra' a "prezos limitados" No grupo de vivenda, a taxa interanual aumentou case dous puntos en agosto respecto ao mes anterior, até 24,8%, pola subida dos prezos da electricidade, maior que a rexistrada un ano antes. Electricidade Sen ter en conta a rebaixa do imposto especial sobre a electricidade e as variacións sobre outros impostos, o IPC interanual alcanzou en agosto 11,2%, sete décimas por enriba da taxa xeral de 10,2%. Así o reflicte o IPC a impostos constantes que o INE tamén publica no marco desta estatística. A inflación segue por riba dos dous díxitos No último ano, a calefacción, a iluminación e a distribución de auga encarecéronse 47,2%; os aceites e graxas elevaron os seus prezos 24%; os ovos son 22,4% máis caros; o leite custa 25,6% máis, e os cereais, 21,7% máis. Novo record da inflación subxacente A inflación subxacente (sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) aumentou en agosto tres décimas, até 6,4%, o seu valor máis alto desde xaneiro de 1993. Deste xeito, a subxacente sitúase máis de 4 puntos por baixo da taxa do IPC xeral. Preocupación pola inflación subxacente, en máximos desde 1995 No oitavo mes de 2022, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) situou a súa taxa interanual en 10,5%, dúas décimas inferior á rexistrada no mes anterior. Pola súa parte, a variación mensual estimada do IPCA rexistra un incremento de tres décimas. |
NOS_48575 | O Lugo sumou 3 pontos moi valiosos en Soria, após un partido en que primeiro tivo a posesión da bola e logo safou grazas ao bon traballo de Dani Mallo baixo paus. | Sete xornadas sen gañar foron unha eternidade para a equipa de Setién que, porén, non se descompuxo nesta má xeira e continuou a acreditar en si proprio e na esencia do seu fútebol, basicamente combinativo. Non por acaso o Lugo reencontrou a vitoria grazas ao seu futbolista con máis gol, Rennella, desaparecido en combate no segundo tramo do campionato, lastrado por problemas físicos. Dani Mallo, extraordinario Soria foi un partido desigual para os de Setién. Comezaron donos da bola, os 20 primeiros minutos con control da bola e os locais á espectativa. Logo o xogo se desequilibrou, a prol dos locais, mais aí apareceu Dani Mallo, extraordinario en varias intervencións a disparos con moito perigo da escadra numantina. O gardamallas galego mantivo vivo o Lugo. A segunda parte non tivo un dominador claro, e o balón ía e viña dunha a outra área. Facía falta un rematador, alguén que lle puxese o candado ao choque. Ese foi Rennella. Fíxose agardar, mas o seu gol, no minuto 90, coloca o Lugo con 30 pontos, a só seis dos líderes Sporting e Deportivo. Numancia: Biel Ribas; Akapo, Gaffoor, Juanma, Bonilla; Antonio Tomás (Bedoya, min. 89), Víctor Andrés (Pedro, min. 64); Natalio (Palanca, min. 68), Julio Álvarez, Valcarce; Sergi Enrich. Lugo: Dani Mallo; De Coz, Pavón, Jorge, Manu; Rafa García (Ernesto, min. 46); Pablo Sánchez (Víctor Díaz, min. 91), Pita, Seoane, Álvaro Peña (Iago Díaz, min. 66); Rennella. Gol: 0-1, m.90: Rennella. |
NOS_57701 | O clube cangués é o oitavo da liga Asobal que rexistra casos de coronavirus nas súas ringleiras. | Un xogador do Frigoríficos do Morrazo, cuxa identidade non foi revelada, deu positivo por Covid nas probas PCR ás que foi sometido durante a fin de semana, polo que todos os integrantes do equipo deben de permanecer illados nos seus domicilios, segundo informou o clube. Ademais, outros xogadores tiveron síntomas compatíbeis co coronavirus, polo que o clube presidido por Manuel Camiña xa comunicou ao Sergas o "risco" de que haxa máis afectados no primeiro equipo. Como consecuencia do positivo, a Consellaría de Sanidade confirmou ao Cangas que os xogadores deben permanecer nos seus domicilios durante dez días. No ámbito estritamente deportivo, o clube solicitou formalmente ao Comité de Competición da Federación Española o adiamento do seu próximo partido contra o Ademar León. O Cangas recibiu o pasado sábado a visita do Fraikin Granollers, que se impuxo por 23-33 no Pavillón do Gatañal ante 300 espectadores, o máximo permitido polas autoridades sanitarias. A pregunta agora é se ese xogador con coronavirus ou os compañeiros que presentan síntomas compatíbeis coa enfermidade disputaron ese partido estando xa contaxiados. Limpeza do pavillón No comunicado enviado aos medios polo clube sinálase que "por precaución", pensando nas familias dos xogadores, informouse o Concello de Cangas, "que seguindo o protocolo estabelecido por lei, fechará a instalación durante 48 horas, despois das cales, enviará o persoal pertinente para proceder á completa desinfección da instalación". Por último, a respecto do pavillón, o Cangas sinala que "obramos sempre co obxectivo de reunir novamente as óptimas condicións para o seu uso normal por parte das nosas categorías base". En total son oito os equipos da Asobal con casos da Covid. O Cangas súmase a Logroño La Rioja, Blasgon y Bodegas Ceres Villa de Aranda, Incarlopsa Cuenca, Viveros Herol Balonmano Nava, Dicsa Modular Cisne, Ángel Ximénez Alvia Puente Genil e Bidasoa-Irun. |
NOS_39441 | As Pontes acolleu na mañá do sábado unha concentración contra o acto de violencia machista que tivo lugar na quinta feira, cando un home disparou na cabeza a súa ex parella e se deu á fuga. | Máis de 300 persoas participaron na mañá do sábado nunha concentración de repulsa ao acto machista que tivo lugar a pasada quinta feira, día no que un home disparou na cabeza a súa ex parella cando paseaba polo centro da vila cunha amiga. Após dispararlle, o home fuxiu nun taxi e a muller foi trasladada ao Hospital de Ferrol para curarlle as feridas superficiais que lle causaron os disparos. A muller xa foi dada de alta e interpuxo a denuncia contra a súa ex parella, que ingresou en prisión por tentativa de asasinato segundo vén de publicar La Voz de Galicia. |
NOS_57578 | O projeto apresentado polo CS Mádia Leva! de Lugo, o acondicionamento do seu novo local social, logrou reuniur mais de 500 votos, seguido mui de longe polo CS Arredista, que juntou 147. | Após o reconto de etiquetas depositadas nas urnas dos centros sociais, e enviadas ao endereço da Galicola, já temos ganhadores do III Concurso Ángelo Casal da Galicola: os projetos apresentados polo CS Mádia Leva! de Lugo (acondicionamento do seu novo local social) e CS Arredista de Compostela (curso de galego para migrantes). Agora a Galicola porá-se em contato com eles para entregar-lhes o prémio, o dinheiro acumulado no Fundo polo Galego, que repartirám entre os dous projetos. A Galicola financiou ja os projetos normalizadores da Mocidade pola Língua, CS A Revolta, CS A Revira, e agora CS Mádia Leva e CS Arredista Votos e prémioO número de votos (em forma de etiquetas) recebidos neste ano foi inferior ao do ano passado, mas superior ao da primeira ediçom do concurso. O CS Mádia Leva! logrou reuniur mais de 500 votos, seguido mui de longe polo CS Arredista, que juntou 147. A muita distância ficárom os outros projetos apresentados neste ano: Associaçom Galega da Língua (AGAL), Galiza Contrainfo, Dioivo, Gentalha do Pichel, Galizalivre.org, Agrupación Cultural Avantar, A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos e O Son do Chafarís. O prémio volve aumentar nesta ediçom, chegando aos 700 euros (no primeiro ano a quantia do mesmo foi de 356, e no segundo de 644). O dinheiro do prémio terá que ser destinado integramente aos projetos que as associaçons apresentárom ao concurso. Além de patrocínios concretos, a Galicola financiou ja, através do Concurso Ángelo Casal, os projetos normalizadores da Mocidade pola Língua, CS A Revolta, CS A Revira, e agora CS Mádia Leva e CS Arredista. |
NOS_19014 | O alcalde de Ferrol levará a proposta da Mesa para impulsar a normalización do galego no Concello ao vindeiro pleno. Foi a primeira xuntanza da MNL cos novo gobernos municipais que terá continuidade este día 1 en Pontevedra e o 2 na Coruña. | A Mesa pola Normalización Lingüística iniciou en Ferrol a rolda de contactos cos gobernos municipais das principais cidades galegas nunha iniciativa na que busca promover o impulso normalizador dos concellos nesta nova etapa. A xeira de xuntanzas continuará este día 1 en Pontevedra e seguirá o 2 na Coruña. "Os concellos deben recuperar a iniciativa a prol da lingua e pórlle fin ao sexenio negro para o galego que inaugurou Feixó en 2009", sinalou Marcos Maceira despois desta primeira reunión na que o novo rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, se comprometeu a levar a proposta con medidas para a normalización ao vindeiro pleno. Un compromiso real coa lingua e a posta en marcha de accións concretas para inaugurar unha nova etapa eran as dúas demandas que Marcos Maceira levaba á xuntanza que se pechou co compromiso do novo goberno local que aceptou impulsar a través do pleno medidas como a oferta en galego na atención ao público, que as empresas que traballan para a administración local fagan uso do galego, emprego do galego nas escolas infantís ou que todas as actividades do concello se desenvolvan na nosa lingua, entre outras. Medidas que, segundo Marcos Maceira, "terían un efecto multiplicador e efectivo para recolocar e repor o galego en todos os espazos de onde foi excluído". Encher o baleiro da Xunta Pola súa parte, o alcalde de Ferrol, Jorgue Suarez, segundo sinala a Mesa, mostrou o seu acordo coa proposta que levará xa ao primeiro pleno que se convoque e comprometeuse a impulsar o cumprimento dos acordos, ademais do Plan de Normalización Lingüística. "Ante a falta de apoio por parte da Xunta de Galiza, aínda tendo a obriga legal de o facer, deben ser os concellos quen actúen para encher o baleiro institucional a favor da lingua que a Xunta está a promover", defendeu Maceira que inicia coa de Ferrol unha serie de xuntanzas que continuarán con Miguel Fernández Lores en Pontevedra e Xulio Ferreiro na Coruña. |
NOS_8347 | Unha camiñada pola fervenza e a área fluvial de Castriz que conxuga etnografía, natureza e lecer. | En Castriz, a pouco máis de un quilómetro da localidade e nunha agradábel contorna, atópase o conxunto formado pola fervenza e a área fluvial, un punto de interese ao que podemos achegarnos cun vehículo ou facendo unha camiñada que pode ser un paseo, por un terreo chan e de bo firme, para coñecer e gozar deste espazo acondicionado no que se conxuga etnografía, natureza e lecer. Paraxe: Xallas / Concello: Santa Comba / Percorrido: 2,5 km (ida e volta) / Dificultade: Baixa Para chegarmos a Castriz saímos de Santa Comba en dirección a Baio e ás poboacións da Costa da Morte e, xa antes de deixar a localidade, collemos o primeiro desvío á dereita, sinalizado a Coristanco, debaixo do que hai outro sinal de información turística, co fondo escuro, coa indicación "Fervenza de Castriz". Despois de percorrer uns sete quilómetros por unha estrada en moi boas condicións, chegamos a Castriz. No centro do lugar desviámonos á dereita, onde nos indica a sinalización e, na mesma entrada, temos á esquerda un cruceiro que chama a atención pola sinxeleza e inxenuidade das súas figuras, sobre todo a do crucificado e o seu amplo sorriso. Despois duns trescentos metros de asfalto temos que continuar dereito por unha pista de terra e, aproximadamente un quilómetro adiante, seguindo os indicadores artesanais de "Fervenza e área fluvial" ou collendo, no caso de non velas, sempre os desvíos á esquerda, imos desembocar a unha zona aberta, onde o monte só ten mato, por enriba dunha pequena área case chá e arborada. Ao fondo desta área, o río de Mira -que ten as súas fontes na lagoa de Alcaián e nas brañas que hai ao pé do monte Castelo- cae nunha fermosa fervenza duns oito metros de altura, de fronte ampla, aberta, na que o branco da escuma contrasta coa cor escura das rochas da contorna, (gabros) unhas rochas duras, semellantes ao granito, pero sen cuarzo, de aí a súa cor. Á beira dereita da fervenza atópanse tres dos cinco muíños que hai na área, reparados, ao pé dos que se atopan paneis coa correspondente información sobre os mesmos -imaxes, nomes e vocabulario-; o espazo complementa a súa oferta de lecer cunha zona de descanso á sombra de árbores de ribeira -case todos salgueiros e algún bidueiro- e de monte -maiormente cerquiños e pereiras bravas- sobre os que tamén hai información, camiños, pasarelas seguras, ramplas e escaleiras para achegarse a todos os puntos de interese. Tamén existe un pequeno valado de contención que encora o caudal do río para ofrecer, nos días de calor, unha ampla zona de baño coa fervenza como pano de fondo. Na área fluvial remata unha das rutas do programa "Coñece o teu concello". A que comeza en Bazar, e despois de pasar polas fontes do Xallas e o monte Castelo, remata ao pé da fervenza. Un percorrido lineal duns 14 km. |
NOS_8062 | En Marea preséntase ás eleccións europeas co obxectivo de defender a pesca, a agricultura e a industria galegas, así como as pensións e os servizos públicos. | A piques de arrincar a campaña electoral, En Marea anunciou o seu compromiso coa defensa dunha Europa máis xusta e social, que poña no centro as necesidades das persoas e na que Galiza conte "cunha voz propia capaz de defender as necesidades das galegas e galegos", afirmaron a eurodeputada e candidata ao parlamento europeo Lidia Senra e o portavoz de En Marea, Luís Villares. "As claves están no feminismo, o ecoloxismo, o pacifismo, a xustiza social e a participación cidadá", sinalou Villares Para a formación as claves están no feminismo, o ecoloxismo, o pacifismo, a xustiza social e a participación cidadá. Segundo afirmou Villares estas son as claves da coalición en que se integra a candidatura de En Marea (Marea-Compromiso por Europa) xunto ás formacións Compromís, Més por Mallorca, Chunta Aragonesista, Nueva Canarias, Coalición por Melilla e outras organizacións políticas. Villares sinalou que "en Europa xogámonos moito" Villares sinalou que "en Europa xogámonos moito, e por iso non podemos deixar en mans de calquera a representación que vaiamos ter a partir do día 26". Así mesmo, puxo en valor o papel desenvolvido por Lidia Senra nesta lexislatura e sinalou que continuarán a traballarár por impulsar unha nova construción social, que non deixe ninguén atrás. Nese sentido denunciou "a apropiación dos servizos públicos para facer negocio, o saqueo das institucións e a corrupción como algo inasumíbel que queremos mudar", afirmou Villares. "Arredor do 80% das decisións políticas que afectan á nosa vida diaria, á vida dos galegos e galegas, tómanse na UE", afirmou Senra Pola súa banda, Senra, que ocupa o número dous da candidatura, sinalou necesario facer fincapé na importancia que teñen as eleccións europeas, xa que "arredor do 80% das decisións políticas que afectan á nosa vida diaria, á vida dos galegos e galegas, tómanse na UE, a través de políticas como a PAC (Política Agrícola Común) ou a PPC (Política Pesqueira Común), que notan ben os agricultores e agricultoras e a pesca artesanal cando chegan os recortes das cotas pesqueiras, por exemplo", explicou Senra. En Marea marcou como prioridades para defender desde Bruxelas a vertebración, o saneamento das rías, o futuro do sector naval ou a transición ecolóxica, que dependen tamén directamente das decisións que se tomen en Europa. "En Marea foi a primeira forza política en poñer en mans da comisaria de transportes a necesidade de incluír a Galiza no Corredor Atlántico Ferroviario. Unha cuestión vital para revitalizar o noso tecido industrial e para os nosos portos", afirmou Villares, quen tamén reclamou unha transición ecolóxica xusta, de xeito que non se provoque máis emigración nas comarcas afectadas polo cambio de modelo enerxético. |
NOS_2701 | A organización vén de anunciar que o grupo "sorpresa" da edición de Revenidas15 e o cabeza de cartel será Herdeiros da Crus. O festival, cuxa edición será a "máis internacional", terá lugar en Vilaxoán de Vilagarcía de Arousa entre o 21 e o 23 agosto. | A sexta feira (7 de agosto) tivo lugar a presentación do festival Revenidas no Fogar do Pescador, en Vilaxoán, onde se deu conta da actuación dun grupo "sorpresa" que se revelaría nos próximos días. O anuncio non chegou en tardar, pois esta mesma tarde, a organización informou nun comunicado de prensa que será Herdeiros da Crus o cabeza de cartel da edición, que este ano presenta como novidade a ampliación do festival un día máis, até o domingo. Revenidas15, o Festival das Linguas, destaca na súa XII edición pola internacionalización do evento, tal e como destacou a organización. E é que entre os 26 concertos hai bandas de Galiza, Madrid, Valencia, Euskadi, os Estados Unidos, o Canadá ou Italia, cunha combinación de linguas e estilos musicais como o reggae, ska, punk, rock, pop, balkan, garage, rap, hip hop, folque, swing ou electrónica. A organización de Revenidas15 salienta que a programación deste ano está destinada a todos os públicos. Haberá actividades de balde, como a Gala Solidaria de Circo co Pobo Saharauí, a sardiñada popular, a sesión vermú ou a Feira de Innovación e Artesania. Ademais, a sexta feira actuarán La Raíz, Banda Bassotti, Zoo, Liska, Nao, Dakidarría, The Eskies, Poetarras e Brigada A.M. Sound System. O sábado é a quenda de Herdeiros da Crus, Terbutalina, The Mahones, Familia Caamagno, Spin Te Kú, Kasernat, Leo i Arremecachona e Dj Crebinsky e o domingo, de SOJA, Los Chikos del Maíz, Xenderal, Rulassie Selelektah, Swindigentes e Blues do País. O bono dos tres días con acampada de balde até cubrir aforo ten un prezo de 30 euros en venda anticipada. |
NOS_30314 | O aumento dos casos de Covid-19 desde a flexibilización das restricións, unido ao avance da variante Delta, prende todas as alarmas nas autonomías do Estado español, que comezan a impor as primeiras medidas para frear a suba dos contaxios, mentres a Organización Mundial da Saúde advirte á Europa da quinta vaga. | A finais da semana pasada a Organización Mundial da Saúde (OMS) advertía da inminencia dunha quinta vaga da Covid-19 no continente europeo, onde o aumento dos casos e a expansión da variante Delta desde o levantamento de boa parte das restricións prenderon todas as alarmas. "Haberá unha nova onda en Europa a menos que sexamos disciplinados, máis aínda cando hai menos regras. É necesario que todas e todos nos vacinemos sen dubidalo cando sexa a nosa quenda", afirmou Hans Kluge, director continental da OMS. No Estado español, a incidencia actual sitúase nos 226 casos por 100.000 habitantes, cando o limiar marcado pola OMS para o control da pandemia é de 100 casos neste rango de poboación. Estes datos supoñen un aumento do 144% con respecto á tendencia que se viña mantendo nas últimas semanas. Ademais, a incidencia en determinados grupos de idade continua expandíndose de maneira exponencial, cunha incidencia de 717 casos por cada 100.000 habitantes na franxa dos 20 aos 29 anos, e de 653 entre as persoas con idades dos 12 aos 19 anos. Nos últimos sete días detectáronse 80.879 casos (160% máis que a semana anterior) e notificáronse 123 mortes, 12% máis, co que as persoas falecidas ascenden a 80.952. A media de idade dos casos é de 48 anos. Esta situación levou algúns territorios a retomar algunhas das restricións que recentemente foras suspendidas. En Catalunya, esta fin de semana o ocio nocturno en espazos fechados fica suspendido até novo aviso, impoñendo restricións nos eventos que decorran ao aire libre. Ademais de Catalunya, só Cantabria aplica restricións no sector do ocio nocturno. Nos 36 concellos que se sitúan no nivel dous, de risco medio, terán que fechar todos os locais de ocio nocturno. Euskadi tamén anunciou as primeiras medidas e hoxe entra en vigor a prohibición dos botellóns e das "non festas", as actividades lúdicas que se desenvolvían coas restricións propias da Covid-19 arredor dun acontecemento festivo. Esténdense as limitacións da hostalaría polos territorios A estratexia que están a seguir outros territorios é comezar a limitar os horarios e capacidades da hostalaría. En Nafarroa, desde esta cuarta feira discotecas e bares especiais terán que adiantar a súa hora de fechamento á 1 da mañá. No caso de Aragón o feche terá que ser ás 00.30 nestes locais e ás 23 no resto da hostalaría. Ademais da redución da capacidade ao 50%, limítanse as xuntanzas sociais a dez persoas. Pola súa banda, Balears restrinxiu a capacidade de bares e restaurantes en dous concellos, Magaluf na illa de Mallorca e Sant Antoni de Pontmany en Eivissa. A maioría dos territorios mantéñense á expectativa da evolución da situación, mais con algunhas solicitudes de autorizacións para a aplicación de medidas máis estritas, como no caso de Castela e León, onde se pediu o toque de recoller. |
PRAZA_6511 | Cómpre pensar xa nun novo punto de partida sobre o que construír o camiño que nos leve a onde ningunha das políticas lingüísticas destes últimos corenta anos nos levou. O problema é máis complexo ca o seu simple enunciado, ben o sei, e igual require dun gran debate social, político e cultural que nos xunte arredor dun novo espazo normalizador diverso, plural e activo. | Non sabemos se aquel Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) aprobado unanimemente polo Parlamento de Galicia hai agora dez anos serviría para que hoxe puideramos falar dunha situación substancialmente diferente da lingua galega. Abondaría talvez con que fose aplicado co rigor que o compromiso político das tres forzas parlamentarias debería esixir. Principalmente o do partido que naquela altura, e tamén hoxe, ocupaba o goberno da Comunidade Autónoma. Mais non foi así, e o máis probable é que esa propia dúbida exposta ao inicio sexa innecesaria e un pouco absurda. Parece evidente que hai conciencia común dunha ocasión perdida, mesmo que non quede unha memoria moi exacta dos contidos daquel PXNLG. Non todas as medidas propostas eran as máis audaces nin estaban todas as que cumpriría ter en conta, pero hoxe igual iso é xa o menos importante. A década pasou coma un foguete, e para a lingua galega non foi a máis brillante. Non todas as medidas propostas eran as máis audaces nin estaban todas as que cumpriría ter en conta, pero hoxe igual iso é xa o menos importante. A década pasou coma un foguete, e para a lingua galega non foi a máis brillante Coa experiencia acumulada nesta década violenta, talvez sexa o momento de avaliar e reconsiderar algúns aspectos relacionados coas nosas necesidades normalizadoras. Digo así porque somos nós, como colectividade social, quen precisamos unha lingua de usos normalizados. Unha colectividade social que implica a maioría inmensa, porque a lingua é de todas e todos, de quen a usamos a cotío, evidentemente, e mesmo de quen sen falala a usa, porque inevitablemente participa en actos de fala nos que o galego se pon en vigor como ferramenta comunicativa. Mesmo quen non fala galego habitualmente necesita dominar o código para garantir a eficacia das comunicacións, e iso tamén o fai usuario da lingua, aínda que en moitos casos esa condición sexa pasiva ou se actualice con moi pouca frecuencia. A lingua non goza dunha inmellorable posición, é esta unha evidencia que nos mobiliza, mais iso non quere dicir que estea enferma nin en perigo de extinción. Por moito que lle doia á Brigada de Demolición e aos seus colaboradores necesarios, a lingua galega está moi lonxe de desaparecer. Á parte da riqueza de expresións en que se refunda constantemente e vai conformando unha bagaxe textual que nunca poderá ser suprimida, existe a seguridade da súa pervivencia máis aló das xeracións que hoxe están vivas: unha lingua, e o galego non é outra cousa, vive mentres queden falantes vivos. Non é tan cedo o enterro. Os e as brigadistas de demolición non poderán asistir a el. Nós, por sorte, tampouco. Pasar, se cadra, con menos obsesión por certos ámbitos sociais considerados de maior prestixio e deternos máis en asuntos nucleares para primeiro resistir o avance do proceso de substitución e desde aí avanzar na extensión social e privada Por tanto, non deberiamos proxectar contra a lingua as nosas frustracións colectivas, que non son máis ca o resultado dunhas condicións materiais opresivas. Aí está, sempre, o lugar das intervencións colectivas. Falamos, dalgunha maneira, de que é imprescindible nesta altura concibir novas políticas lingüísticas -institucionais e sociais, de base-, que tal vez nos esixan desviarnos dalgúns vieiros que vimos transitando durante décadas, sen resultados esperanzadores. Pasar, se cadra, con menos obsesión por certos ámbitos sociais considerados de maior prestixio (nunha indubidable visión clasista da diversidade social) e deternos máis en asuntos nucleares para primeiro resistir o avance do proceso de substitución e desde aí avanzar na extensión social e privada: os dereitos dos falantes, o reforzo da lealdade lingüística, o freo aos procesos de creba da transmisión de nais e pais a fillos e fillas. Empecemos por asumir o que somos. A lingua sobrevive nas clases populares maiormente, está materialmente ligada ás relacións de produción -e de poder- que nos organizan en sociedade. A memoria dese PXNLG debera convidarnos tamén a impoñernos a necesidade de mudar rumbos. A mudanza significa trocar certos clixés idealistas por unha concepción materialista da realidade da lingua e dos seus procesos Lembrarmos o décimo aniversario, que case é tamén cabodano, do PXNLG se cadra é útil para manter esperta a conciencia, para que non sucumba á perplexidade ao comprobar como o goberno da Xunta constrúe unha hexemonía cultural uniformizadora e glotofáxica. Con todo o que iso significa non só para a lingua, senón para todas as dimensións materiais e simbólicas comúns a este pobo que non merece sequera o recoñecemento como suxeito colectivo de pleno dereito. A memoria dese PXNLG debera convidarnos tamén a impoñernos a necesidade de mudar rumbos. A mudanza significa trocar certos clixés idealistas por unha concepción materialista da realidade da lingua e dos seus procesos. E devolver responsabilidades e culpas aos lugares dos que nunca deberon saír. Porque nun proceso de substitución tamén hai vítimas. Hai quen domina e quen é dominado. Asumamos a existencia de formas de alienación, pero non acudamos a elas como explicación universal. A culpa dos abandonos da lingua, da caída da lealdade lingüística ou das crebas na transmisión non é dos falantes nin do seu máis que discutible autoodio. Esa é unha explicación consoladora, ao tempo que inxusta e ineficaz. Acudamos dunha vez á base material das nosas formas de vida. Aí, nese nó, esgazando o aparente misterio, está o núcleo dunha nova política lingüística normalizadora. Non o vaiamos procurar aos arredores, porque alí só bateremos de fociños con máis formas de distanciamento entre unha elite que o comprende todo e unha gran masa de falantes que posúen o don da lingua pero non a conciencia do seu uso nin o amor que ela require nin sequera o respecto pola súa pureza arcádica. Abandonemos esa distancia ocasionada por unha interpretación idealista dos fenómenos sociolingüísticos. Cómpre poñer en cuestión esa especie de inversión de proba á que acudimos con tanta frecuencia. Desde que Núñez Feijóo accedeu á presidencia da Xunta de Galicia, a lingua e os falantes temos a estraña sensación dun contacto metálico e frío na tempa esquerda. Pero o gran triunfo da súa política lingüística, que a ten, preguntade en FAES, non foi o de terminar co galego; para iso non abondaría cunha acción de goberno, por moi obsesiva e infame que fose. Xa dixen que, nese sentido, a brigada fracasou e fracasará constantemente. O seu triunfo é discursivo. Por unha banda, porque promove que manteña e incremente carta de normalidade social toda clase de atropelo contra os dereitos dos falantes e a institucionalización explícita da imposibilidade de desenvolvermos as nosas vidas na nosa lingua. O seu triunfo é discursivo. Porque promove que manteña e incremente carta de normalidade social toda clase de atropelo contra os dereitos dos falantes Falamos dun dereito inalienable que tamén conculca o Estado español. E a Unión Europea, tal como vemos estes días, aínda que algúns, disparatadamente, acudan á inversión da proba e culpen a quen é vítima desa conculcación dun dereito fundamental. Ademais, o goberno do PP conquista hexemonía xusto na medida en que os sectores e grupos sociais máis concienciados abandonan lugares e recúan no horizonte de expectativas. Pensemos, coma un exemplo flagrante neste sentido, no abandono absoluto dunha reivindicación básica e imprescindible, tamén desde un punto de vista pedagóxico, como é a dun modelo de inmersión lingüística. Dicir hoxe inmersión lingüística equivale a empregar un significante de aparencia terrible e totalitaria. Pero só se se trata do ensino da lingua galega; nos outros casos conserva todo o seu valor pedagóxico. No plano do discurso, a radicalización da política lingüística oficial, que é transversal malia as aparencias e por tanto non depende da Secretaría Xeral de Política Lingüística, impuxo unha nova verdade: todo tempo anterior a Feijóo foi mellor, e por tanto sería un avance regresar a momentos previos ao 2009. En parte é o que nos está a ocorrer coa lembranza, tamén se cadra algo mistificada, do malogrado PXNLG. A consecuencia é unha alta dose de renuncias e unha perda de audacia e de radicalidade na formulación de vías alternativas para a normalización. É coma se hoxe nos viramos obrigados a concibir como obxectivo desexable aquela pax fraguiana que impoñía a morte lenta por inanición. Coidado con certos consensos... E se o obxectivo era desactivar todas as correntes normalizadoras? É coma se hoxe nos viramos obrigados a concibir como obxectivo desexable aquela pax fraguiana que impoñía a morte lenta por inanición. Coidado con certos consensos... Sexa como sexa, toca lembrar o PXNLG. Probablemente máis pola súa desaparición que polo seu contido. É un símbolo que expresa a dimensión do ocorrido estes anos. Pero cómpre pensar xa nun novo punto de partida sobre o que construír o camiño que nos leve a onde ningunha das políticas lingüísticas destes últimos corenta anos nos levou. O problema é máis complexo ca o seu simple enunciado, ben o sei, e igual require dun gran debate social, político e cultural que nos xunte arredor dun novo espazo normalizador diverso, plural e activo. Empecemos a concibilo e a construílo. |
QUEPASA_743 | O Concello volveu abrir as portas á atención presencial | Continúa ampliándose a rede de sendas peonís da comarca de Bergantiños promovidas pola Xunta. A última axdudicada é no Cancelo, no Concello da Laracha, á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones por un investimento de case 50.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de tres meses. O proxecto consiste na execución dunha senda na marxe dereita da estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 23+220 e 23+420, na zona do acceso á autoestrada AG-55 e ao parque empresarial.Este itinerario completará os traxectos peonís da zona, xa que tanto na marxe esquerda da propia estrada como na entrada ao parque empresarial actualmente xa existen sendas. Volve a atención presencial no ConcelloDesde o luns 11 de maio na Casa do Concello e no edificio administrativo da Laracha recuperarse a atención presencial á cidadanía con cita previa. Farase cumprindo con todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias. O horario será de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. Para reservar cita debe chamarse a partir do luns aos seguintes número de teléfono dependendo do departamento para a que se solicita. Casa do Concello (981605001). |
NOS_21806 | Antía Yánez (Burela, 1991) recolleu o sábado, 14 de abril, en Vigo o Premio Illa Nova de Narrativa 2018, que convoca a editorial Galaxia e que suma dúas edicións, coa obra Senlleiras, unha novela que aborda a violencia machista. | A Editorial Galaxia vestiuse de longo o pasado sábado, 14 de abril, para entregar o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos, que vai pola súa segunda edición. Nun acto celebrado na Fundación Barrié de Vigo e coa música de Pepa A Loba como pano de fondo, Antía Yáñez recolleu o galardón grazas á obra Senlleiras. O xurado, composto por Anxos Sumai, Daniel Asorey, Montse Pena Presas, Xacobe Pato e Antía Monteagudo, puxo de manifesto que a novela "conta cun estilo literario moi coidado, que á vez mestura diferentes voces narrativas e fontes diversas, e é capaz de recrear con precisión e profundidade todo tipo de ambientes". Tamén afirman que "as súas protagonistas, mulleres que teñen que construír o propio camiño para atoparse a si mesmas e, ás veces, para rebelarse, son das que non se esquecen". O premio está dotado con 3.000 euros e mais cunha escultura da artista pontevedresa Basilisa Fiestras inspirada na onda que debuxou Xaime Illa Couto para as portadas dos libros da colección Illa Nova de Galaxia. Foi Vanesa Santiago, a anterior gañadora, quen fixo entrega do galardón á premiada. Amais da propia Antía Yáñez e de Vanesa Santiago, interviñeron no acto Francisco Castro, director da editorial e Antón Vidal, presidente. Actuou como mantedora a editora de Galaxia Malores Villanueva. A premiada Antía Yánez é enxeñeira de camiños e reside en Cecebre (Cambre), desde onde compaxina a escrita e a ensinanza en obradoiros literarios para rapazas e rapaces coa xestión dunha academia. Na súa conta de recoñecementos, atópanse o Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria en 2013, o Premio de Relatos Curtos Os Viadutos en 2014 e 2017 e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre en 2016. A galardoada xa publicara unha novela infantil con grande éxito entre o lectorado mozo en Galaxia, baixo o título O misterio de Portomarín, que acadou xa varias reimpresións. Senlleiras chegará ás librarías nas próximas semanas dentro da colección Literaria da Editorial Galaxia, "a carón dos clásicos das nosas letras e tamén de moitos autores e autoras actuais de recoñecido prestixio, o que agardamos sexa un impulso definitivo na súa traxectoria", informa a editorial. Orixe do premio O pasado ano Galaxia creou o Premio Illa Nova para autoras e autores menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación entre as persoas máis novas cando se facían 60 anos desde que botara a andar a xa colección Illa Nova. "Era 1957 e a Editorial Galaxia pretendía dar continuidade ao seu proxecto a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación", lembra a editorial. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde viron a luz algunhas das principais obras do que se deu en chamar "Nova Narrativa Galega". A Editorial Galaxia contou na presente edición coa colaboración de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, a Fundación Barrié e ¿Qué hacer en Vigo?. |
NOS_25135 | Galiza é terra de "raíces firmes" e de "poetas comprometidos", salientou a deputada nacionalista Mercedes Queixas na homenaxe deste sábado en Noia. | O BNG puxo en valor o "gran compromiso político" de Antón Avilés de Taramancos con Galiza nunha homenaxe que a formación nacionalista, poetas e escritores lle renderon en Noia, a súa localidade natal, no 30 aniversario do seu falecemento. O portavoz municipal no Concello de Noia, Ricardo Suárez; o poeta e presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez; a xornalista e poeta Ana Romaní; o poeta Manuel Pérez, a escritora e concelleira no concello de Porto do Son, Patricia Torrado Queiruga e a portavoz parlamentaria de Cultura do BNG, Mercedes Queixas, foron os encargados de pórlle voz este sábado á obra de Avilés de Taramancos. Queixas sinalou durante a súa intervención que esta homenaxe é "unha celebración de vida" e un recoñecemento "necesario" ao activista social, político e "compañeiro do BNG", ademais de representante do pobo como concelleiro de Cultura na corporación municipal de Noia. Para a deputada nacionalista, a lectura da súa obra poética tres décadas despois do seu falecemento "mantén a súa vixencia", cunha biografía "sempre comprometida coa vida" e con Galiza. "Cordón umbilical" Ademais, manifestou que os versos do poeta de Noia "abren a posibilidade de ler a Galiza como epicentro vital e creativo" e a concibir a lingua galega como "cordón umbilical que a sustenta". Na súa intervención, Queixas tamén remarcou que Galiza é terra de "raíces firmes" e de "poetas comprometidos". Nese sentido dixo que Antón Avilés de Taramancos era un referente do que sentirse "herdeiros". O acto de homenaxe ao poeta noiés contou tamén coa participación da Agrupación musical As Lens e unha ofrenda floral ante o busto de Taramancos na Alameda de Noia. |
NOS_25621 | A iniciativa parte do presidente espanhol, Pedro Sánchez. Na conferência de imprensa desta quarta feira que pôs o ramo à cimeira luso-espanhola, o primeiro ministro português avalou a ideia. | "Num momento em que é fundamental desenvolver as relações entre a Europa e África é, obviamente, uma boa ideia podermos ter um evento com a carga simbólica como é o Mundial", afirmou o dirigente socialista, que dispõe de maioria parlamentar na Assembleia da República graças à sua aliança com o PCP e com o Bloco de Esquerda. "As nossas federações irão trabalhar e avaliar se têm ou não condições para avançar com uma ideia boa que merece ser conduzida com sucesso", acrescentou Costa. Se finalmente calhar, a luso-espanhola-marroquina não seria a única candidatura conjunta: Argentina, Paraguai e Uruguai já expressaram o seu desejo de organizarem uma Copa do Mundo e na mesma direção trabalham Reino Unido e Irlanda, enquanto que Corea do Sul fez uma oferta semelhante a Pyongyang, Tóquio e Beijing. |
PRAZA_20385 | "Cos 13 millóns de euros que repartiron a dedo entre uns poucos concellos do PP e os 4 millóns que destinan ao plan de camiños poderíase deseñar un perfecto plan único para todos", di a Deputación de Lugo | HEMEROTECA | Plantón dos concellos do PSdeG de Lugo á Xunta pola "burla" do recorte no orzamento para arranxar camiños Antes das eleccións municipais os fondos para arranxar camiños nos diferentes concellos disparáronse ata un 82% e foran presentados con ampla difusión por parte da Xunta malia seren financiados por varias Administracións, fundamentalmente pola UE. Nas últimas semanas o Goberno galego está a presentar a edición do plan para os anos 2017 e 2018, que trae consigo un afondamento no recorte xa iniciado en 2016. No caso da provincia de Lugo o recorte ascendeu a ata 6,6 millóns de euros, unha cantidade que PSdeG e BNG reclamaron repoñer a través do pleno da Deputación. Os conservadores opuxéronse, un "non" que, segundo os grupos da esquerda, ten a súa explicación en que a Xunta xa compensou o recorte amplamente por outra vía, pero só aos concellos do PP. O cálculo realizado polos socialistas lucenses baséase en datos tirados de convenios asinados entre diferentes departamentos do Goberno galego e concellos da provincia, información que só chega ata finais de 2016, toda vez que que a Xunta non actualiza o rexistro público de convenios dende novembro do pasado ano. Así, din, antes de aplicar a tesoirada "repartiron en sete meses dende a Xunta" ata "13,1 millóns de euros para mellorar infraestruturas" en 21 concellos lucenses, 19 deles con goberno do PP que suman 13,2 millóns de euros en achegas directas. Os gobernos locais populares beneficiados por estes acordos, salientan, foron Abadín, Antas de Ulla, As Nogais, Begonte, Bóveda, Castro de Rei, Cervo, Cospeito, Foz, Friol, Guntín, Mondoñedo, O Vicedo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, Portomarín, Riotorto e Sober. Mentres, pola banda das alcaldías distintas ás do partido que goberna na Xunta só ingresaron fondos por este concepto A Pastoriza e Viveiro, ambos do PSdeG, con 3 millóns e 29.700 euros, respectivamente. "Cos 13 millóns de euros que repartiron a dedo entre uns poucos concellos do PP e os 4 millóns que destinan ao plan de camiños poderíase deseñar un perfecto plan único para todos" A xuízo do voceiro do goberno da Deputación, Álvaro Santos, "cos 13 millóns de euros que repartiron a dedo entre uns poucos concellos gobernados polo PP" sumados "aos 4 millóns que destinan ao plan de mellora de camiños" poderíase "deseñar un perfecto plan único para toda a provincia". "Pero non, para os lucenses, migallas; este é o plan único do PP". Nun sentido semellante o voceiro do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro, censura que o propio PP estea a "presumir do plan único da Deputación" con xuntanzas en diferentes puntos da provincia pero "onde teñen capacidade para decidir non o fan, senón que fan todo o contrario; co seu dedo repartidor castigan os cidadáns que non os votan e benefician con diñeiro de todos aos amigos do PP". A Deputación de Lugo salienta que esta diferenza de trato en función da cor política non só se produce nesta provincia. Así, dende o goberno provincial repasáronse tamén os convenios do resto do país para subliñar, por exemplo, que no mesmo período na provincia da Coruña a Xunta distribuíu 8,04 millóns a 22 concellos do PP, 7,7 a gobernos encabezados polo PSdeG, 115.000 euros a 3 concellos das Mareas -A Pobra, Santiago e Ferrol- e un ao Concello de Miño, cuxo alcalde concorrera baixo as siglas de CxG, do que foi expulado. En Pontevedra, indican os mesmos datos, a Xunta achegou durante o pasado ano 7,4 millóns a 16 concellos do PP, 635.500 a 3 gobernos do PSdeG, 22.000 ao Concello de Cangas, encabezado pola marea local, e apenas 200.000 a outros dous concellos liderados por grupos independentes. En Ourense, agregan, "destinan o 100% dos fondos a municipios gobernados polo PP", con 5,3 millóns distribuídos en 22 concellos. |
NOS_8736 | A Radio Galega incumpliu a súa propia normativa este sábado. Fíxoo nunha entrevista ao ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, ao que se entrevistou en castelán. | Asistimos a unha tentativa de normalizar o uso do español nos medios públicos galegos. Malia que a compañía de Radio Televisión da Galiza (CRTVG) nace en 1984 con vontade de servizo público e co obxectivo recollido na súa lei fundacional de "promoción, difusión e impulso da lingua galega", a norma é incumprida de maneira consciente nas emisións das canles públicas. Así, o pasado sábado, o xefe de informativos da Radio Galega e presentador do programa "Galicia por Diante Fin de Semana", Luís Ojea, non dubidaba en renunciar ao galego no curso dunha entrevista ao ex alcalde da Coruña Francisco Vázquez, unha vez que este lle respondeu en español, mantendo a conversación nese idioma ao longo de todo o encontro. As traballadoras e os traballadores da CRTVG organizados no colectivo Defende a Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística son dúas das entidades que teñen denunciado esa involución no uso do galego. Defende a Galega non dubida en afirmar que "a entrevista a Paco Vázquez en castelán, a un galego que foi alcalde da Coruña máis de 20 anos, é do máis grave que sucedeu nos 35 anos de radio pública galega" e demanda unha rectificación do director xeral da compañía. Na mesma liña, a Mesa pola Normalización Lingüística anuncia unha queixa diante do equipo directivo da CRTVG e adianta a presentación dunha denuncia perante a Valedora do Pobo. A entrevista en español a Francisco Vázquez non é un caso illado. O 27 de setembro, o mesmo programa da radio pública emitía unha entrevista integramente en español a outro galego, o médico intensivista do Hospital Clínico de Santiago de Compostela e membro do Comité de Educación que asesora a Xunta da Galiza en materia de coronavirus Pedro Rascado. Ojea é un reincidente habitual no incumprimento do fixado pola lexislación da CRTVG en relación coa lingua, significándose, tamén, como un dos custodios da liña editorial da emisora. A este respecto, o xornalista da canle pública e colaborador na sección de opinión de ABC destaca pola súa defensa fechada das políticas do Partido Popular e polas súas críticas sen concesións ás forzas da oposición parlamentaria. A tentativa de asalto do español aos medios públicos galegos coincide cunha activación da ofensiva do Partido Popular contra a lingua galega e é coherente coa alternativa do Goberno de Núñez Feixoo sobre o idioma. Unha proposta ao servizo dunha determinada concepción de España e dirixida a impedir procesos de normalización e restauración de usos dos idiomas diferentes ao español, nos seus respectivos territorios. Os contidos dos medios públicos galegos son toda unha expresión do proxecto ideolóxico da dereita. A divulgación dunha visión estereotipada dos galegos e das galegas, a construción dun discurso que presenta o país como sucursal ou apéndice e non como centro da realidade, a exclusión de ópticas alternativas ao relato do PP, a desaparición de visións críticas que cuestionen a imaxe dominante sobre Galiza ou o veto ás expresións máis xenuínas da nosa realidade cultural e social son exemplos ben paradigmáticos dunha folla de ruta que escapa a condicionantes de carácter conxuntural e liga cunha formulación de orde estratéxica. |
NOS_8106 | Viviu en primeira fila todos os acontecementos do nacionalismo contemporáneo. Escribiu arredor deles en páxinas de xornal, nomeadamente en A Nosa Terra que dirixiu. Agora constrúe unha novela de investigación na que, con nomes propios, abre en canal a historia do nacionalismo para denunciar o nome dos "infiltrados". Afonso Eiré presenta hoxe mércores día 29 ás 20.30 a novela Infiltrados (Biblos) na libraría Portas Ártabras da Coruña. | Con Infiltrados (Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo),Afonso Eiré adéntrase na historia da UPG e o nacionalismo galego para construír unha novela de espías que son, a súa vez, espiados. Un histórico militante investiga arredor dos servizos secretos españois infiltrados nos distintos conflitos que se deron no nacionalismo e que estiveron no cerne de máis de unha ruptura. A nova novela de Afonso Eiré preséntase hoxe mércores día 29 na libraría Portas Ártabras da Coruña ás 20.30. Canda o autor estarán o editor Tucho Calvo e a concelleira Mº Xosé Bravo. Non deixará indiferente a ninguén,uns cantos incomodaranse e a maioría devorarán o libro. A novela relata as trama e descobre os "infiltrados", aqueles militantes que tiñan un outro obxectivo que o marcado polas organizacións e que foron chaves nos distintos conflitos do nacionalismo contemporáneo. O protagonista adéntrase nos distintos acontecementos busca e levanta documentos e dá explicacións sobre uns episodios que tiñan unha orixe moi distinta da que maiormente se pensaba. A nova obra do xornalista e escritor Afonso Eiré é unha novela de intriga mais tamén unha historia do nacionalismo recente, cos nomes propios de quen protagonizou os distintos momentos, cos debates e as distintas posicións, coas escisións e as novas xuntanzas, unha historia que ten moitos dos protagonistas vivos e algúns mesmos na vida pública. Que detrás de Xosé Torga está Afonso Eiré é fácil deducilo con só manexar uns cantos datos do autor da novela. Xornalista de longa traxectoria, experimentado na investigación, nacionalista militante desde novo, Afonso Eiré estivo na primeira fila de todo o que narra, coñeceu aos seus protagonistas e relata agora, cun ton que bebe directamente do xornalismo feito novela, o que viu e viviu. Con Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo, Afonso Eiré continúa no rexistro no que produciu tantas páxinas en papel xornal e, máis recentemente, en libro, achegando o oficio do xornalismo á literatura coma ninguén no noso ámbito literario. O xornalismo, que exerceu desde a mocidade, enchoupa de maneira clara a súa creación literaria, con vocación clara , agora de investigación, agora de denuncia. Entre as súas obras destaca a novela Amigos sempre que narra a vida no seminario e tamén Eu tamén fun coas vacas ou O fútbol na sociedade galega, libros que beben da longa traxectoria xornalística de Eiré, que dirixiu desde 1983 o xornal A Nosa Terra. Non ficción con nomes propios "Infiltrados é a historia de como os servizos secretos condicionaron o nacionalismo galego e, concretamente, como foron quen de propiciar a súa ruptura en máis dunha ocasión" explica Afonso Eiré a respecto da súa novela nunha entrevista que publica a propia revista da editorial Biblos. O tema central da súa nova obra toma, ao seu ver, grande actualidade non só pola excisión recente do nacionalismo senón por se ter descuberto o papel do CNI para dividir o nacionalismo catalán. Eiré sinala que optou pola novela de non ficción porque o seu obxectivo era "deixar moi claro que a infiltración, o papel dos servizos secretos nas rupturas do nacionalismo non é ficción, senón unha realidade, moi actual, por outra parte. Está no seu ADN". Os que cita, asegura que son infiltrados aínda que pode ser que, ao seu ver, haxa algún que non estea na novela. "Tento aportarlle aos lectores o material necesario para que, cun papel activo, coñezan como operan e, deste xeito, poidan saber os procesos e funcionamentos" di, desta novela singular na historia literaria galega. Fóra de que o protagonista, Xosé Torga, nunca existiu con ese nome, todo o que hai na novela é, ao dicir do seu autor, rigorosamente certo, resultado das súas investigacións e con testemuñas e documentos que o acreditan. "É un traballo de investigación xornalística rigoroso. Hai feitos que a xente non quere crer, pero son evidentes. Os servizos secretos están para o que están e os espías non semellan para nada o axente 007.Por outra banda, existe unha lenda negra sobre a UPG que ten moi pouco que ver coa realidade, moitas veces traspasada aos libros de historia que presumen de seriedade" defende Eiré, dun libro que, sen dúbida, non deixará indiferente a ninguén. Máis información Mais a novela de intrigas con nomes propios ten os seus riscos. Eiré o sabe e garda na recámara información de máis polo que puidera pasar. "Na profesión aprendes que, cando tes algo gordo, non debes tirar todas as balas, que hai que quedar, polo menos, co 25% por se che fan falta. Por suposto que teño moita máis información que a que aparece no libro e, tamén, que me reservei, por motivos obvios, as principais fontes.Como todo o que poño é verdade, contrastado, e como sei que aqueles que aparecen lles iría moito peor se queren aventoar as súas actuacións, estou totalmente tranquilo" afirma ao tempo que valora a "valentía" de Biblios á hora de publicar un libro que, segundo di "non é para facer amigos". |
NOS_13654 | A anual marcha contra a presenza de Ence na ría de Pontevedra volveu xuntar unha multitude ás portas da pasteira. "Fóra xa", foi o berro unánime este domingo, 4 de xullo, nunha mobilización cargada de duras críticas ao Goberno de Alberto Núñez Feixoo pola súa defensa da permanencia da fábrica en plena ría. | Baixo o lema "Fóra xa", centos de persoas participaron este domingo, 4 de xullo, na anual marcha contra celulosas, respondendo ao chamamento da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR). Ás 12 horas as e os manifestantes partiron das alamedas de Marín e Pontevedra con destino a planta da pasteira de Ence en Lourizán, Pontevedra. A deste ano foi unha marcha moi especial, primeiro porque colleu o relevo á de 2019, xa que o ano pasado non se realizou por mor da pandemia. E segundo, porque decorreu ás portas de que a Audiencia Nacional resolva sobre os recursos contra a prórroga de 60 anos concedida á pasteira en 2016 polo Goberno de Mariano Raxoi cando este estaba en funcións. Pódense mesmo dar tres casos na resolución da Audiencia Nacional: validar a prórroga até 2073, deixala só até 2033 ou ben, recoñecer que a prórroga foi ilegal e que o tempo de Ence na Ría de Pontevedra rematou xa en 2018. Con todo, Antón Masa, presidente da APDR, afirma nunha entrevista concedida este domingo a Nós Diario que sexa cal sexa a resolución xudicial a loita vai continuar porque a mobilización social será quen de conseguir a vitoria final para a ría, o medio e o desenvolvemento da comarca. Masa recoñece que se a sentenza for favorábel a Ence, "podería haber recurso no Tribunal Supremo e perante a Unión Europea. A vía legal é importante mais, para nós, é moito máis importante a vía da mobilización social e entendemos que para que unha decisión xudicial sexa respectuosa coas leis ambientais depende moito da mobilización social que exista nese momento". Esta celulosa ímola pechar ❌🏭 Polo futuro da Ría de Pontevedra❗️#EnceFóra pic.twitter.com/WQRWPJuyFh— Galiza Nova (@galizanova) July 4, 2021 Aliás, desde a APDR veñen de publicar a súa "carta aberta ao presidente da Xunta da Galiza", Alberto Núñez Feixoo. Nela, aseveran que en Pontevedra "somos moitas as persoas que estamos fartas de aturar a presenza de Ence na nosa ría e nas nosas vidas" pero "estamos máis fartas se cabe, das institucións e dos gobernantes que, como a Xunta da Galiza e vostede mesmo que a preside, están instaladas no incumprimento sistemático da lexislación ambiental, na corrupción ambiental que protexe os intereses particulares dunha empresa fronte ao lexítimo interese xeral". Pola ría, polo medio, pola saude, por máis e mellor emprego no mar e no monte, por un goberno ao servizo do interese xeral, por decencia democrática. Porque estamos diante dunha oportunidade para recuperar a ría e desenvolver un novo modelo forestal. pic.twitter.com/iVvOW58o3U— Luis Bará Torres (@LuisBaraGz) July 4, 2021 De facto, na entrevista en Nós Diario, Masa acusa a Xunta da Galiza de estar "sempre ao servizo de Ence", sinalando que "a política ambiental da Xunta en Pontevedra dítaa Ence". Asegura ademais "que non acabamos de entender que razón pode levar á Xunta a defender de maneira tan desmedida Ence cando non o fai con outras empresas e permite o fechamento doutras instalacións". Porque hai distintas varas de medir?, pregúntase Masa, "non abonda para xustificar este trato de favor o feito de que haxa personalidades moi importantes do PP sentadas no Consello de Administración de Ence, é como se o presidente da Xunta e o Goberno da Xunta estivesen recibindo algún favor económico, persoal ou grupal", apunta. #NaWeb BNG esixe á Xunta que defenda o interese xeral e convoque xa a mesa para articular a saída de ENCE da ría de Pontevedra. @LuisBaraGz «O PP non pode seguir antepoñendo os intereses da empresa nin poñerse de perfil e facer oposición sendo goberno»https://t.co/mSEAuHEj9R— BNG (@obloque) July 4, 2021 🏭Hoxe coa @defensadaria na manifestación para que #Ence saia da ría de #Pontevedra xa.🌍 É necesario que deixe de contaminar a ría e condenar o futuro do país.🌅 Para que Ence diga: "Marcho que teño que marchar". pic.twitter.com/1tji2Gvw2p— Avante! - Candidatura Veciñal (@AvanteCangas) July 4, 2021 A ría é (un pouquiño máis) nosa. ✊#EnceFóraDaRía @defensadaria pic.twitter.com/AbZvlk0hpm— Alba Nogueira (@albadetoba) July 4, 2021 A ria é nossa, e nom da Celulosa! Fora ENCE da nossa ria, fora eucaliptos dos nossos montes 🔥@defensadaria Assinai para botar ENCE da nossa ria: https://t.co/hE6jHOYITw pic.twitter.com/xhRdtwNU6c— ê Nee Barros (elu/ele) 🌈 (@neeumatiko) July 4, 2021 Manifestación da @defensadaria contra a #PPrórroga de #Ence. Por unha ría libre de contaminación e risgos pa saúde. Apoian @greenpeace_gal @verdegaiaGZ @ADEGAgz e máis.#EnceFora #RìasGalegasLimpas pic.twitter.com/x7IoWPF2TN— DavidCarballal (@DavizCarballal) July 4, 2021 Milleiros de voces seguen a reclamar, máis de 60 anos despois, que Ence saia da ría de Pontevedra. A biodiversidade e o desenvolvemento produtivo sustentábel merecen unha nova oportunidade en Lourizán. Fóra Xa! pic.twitter.com/udiA9wUOMX— Greenpeace Galicia (@greenpeace_gal) July 4, 2021 |
PRAZA_14458 | Nos sobres de propaganda do Partido da Terra non haberá papeletas de voto senón sementes de repolo. A formación busca deste xeito fomentar a soberanía alimentaria. O PT tamén distribuirá un cartaz-esquela para ser impreso e colocado nos espazos electorais de cada localidade por todas as persoas que queiran colaborar na campaña. | Aquelas persoas que reciban un sobre electoral do Partido da Terra non atoparán dentro unha papeleta de voto. En cambio recibirán sementes de repolo como parte da campaña que esta formación leva a cabo para fomentar a soberanía alimentaria. As sementes, unha ducia, veñen acompañadas dunhas breves instrucións nas que o PT recomenda botar a semente neste mes de outubro, para colleitar en marzo. No sobre tamén se salientan as propiedades do repolo: "rico em vitaminas C, A, cálcio e β-caroteno, alto conteúdo em fibra. Fomenta a autossuficiência e a soberania alimentar". Uns dos aspectos centrais do ideario do PT é a defensa da soberanía alimentaria, a "insustentabilidade" do actual modelo enerxético e de consumo, os alimentos transxénicos e as patentes xenéticas, a necesidade dunha transición para ciclos curtos de produción e consumo local, a recuperación do rural e da biodiversidade, a permacultura ou a horticultura urbana. Uns dos aspectos centrais do ideario do PT é a defensa da soberanía alimentaria, a "insustentabilidade" do actual modelo enerxético e de consumo ou a recuperación do rural O Partido da Terra quere levar a cabo unha campaña imaxinativa e na que procura que os propios cidadáns e cidadás se impliquen e colaboren na difusión da súa mensaxe. Así, o PT está distribuíndo material de campaña para ser producido e distribuido localmente por calquera persoa. Por exemplo, un cartaz no que se pode ler Isto é Terra Liberada para que as persoas o coloquen nas xanelas da casa, do coche ou o colguen e partillen nas redes sociais. O lema fai referencia a que "a mudança e a libertação do País começa em cada um, nas nossas casas e nas nossas comunidades". O PT publicará no seu Facebook as fotografías enviadas polas persoas amosando o cartel. O PT está distribuíndo material de campaña para ser producido e distribuido localmente por calquera persoa Finalmente o PT tamén lanzou un cartaz-esquela para ser impreso en formato A4 ou A3 e colocado nos espazos electorais das parroquias, vilas e cidades polas persoas que desexen colaborar na campaña do partido. O texto comeza do seguinte xeito: "Dona Paciência das Galegas e Galegos finou no mês de outubro de 2012 com muitos anos de idade depois duma longa agonia infligida polos políticos deste País. As pessoas que integram as candidaturas comarcais do Partido da Terra, as afiliadas nas paróquias do País e no exterior e demais simpatizantes, defendem o fim da política profissional, renunciam a qualquer salário ou subsídio e aceitam assumir rotativamente a sua ata no Parlamento durante apenas um mês, para promover que as pessoas recuperem o seu direito a governarem-se livremente em democracia direta". |
NOS_22828 | A taboa periódica dos elementos publicouse en galego en 1998. Así o reivindica a súa autora, a profesora de química orgánica da Universidade de Vigo, Pilar Rodríguez Seoane. | Esa versión apareceu "seguindo as normas da IUPAC [Unión Internacional de Química Pura e Aplicada]" en Edicións Obradoiro-Santillana e coa colaboración da Universidade de Vigo. A revista Anales de la Real Sociedad Española de Química, no volume 95 e número 3, acolleuna na contracapa. Reeditouse en 2002 "actualizada cos novos elementos". A Universidade de Vigo, sinala a mesma docente, "incorporou os nomes dos novos elementos descubertos e volveu publicar dúas novas edicións en 2008 e 2013". Segundo explica Rodríguez Seoane nun comunicado remitido aos medios de comunicación, "a táboa continúase actualizando". Tamén relata que a Universidade de Vigo expón na entrada principal da Facultade de Química "unha táboa periódica de grandes dimensións" para conmemorar o 150 aniversario da publicación da primeira versión realizada por Dimitri Mendeleiev. A profesora decidiu recordar estes traballos despois de que varias institucións nucleadas polo Consello da Cultura presentasen, hai practicamente un mes, unha edición da táboa periódica en galego. Nela colaboraron a Universidade de Santiago, a Xunta, a Real Academia Galega de Ciencias e a Real Academia Galega. Esta iniciativa partiu dos químicos desta universidade Manuel Bermejo, Ana González Noya e Marcelino Maneiro. Malia existir polo menos dúas versións da táboa periódica dos elementos en galego, unha delas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o denominado Decreto do Plurilingüísmo aprobado polo primeiro Goberno de Alberto Núñez Feixoo prohíbe expresamente impartir materias de ciencias en galego no ensino secundario. |
PRAZA_13568 | Televisión Española encoméndalle a dirección dos seus espazos de noticias a Julio Somoano, ata agora condutor dun telexornal en Telemadrid e autor dunha biografía non autorizada de Alfredo Pérez Rubalcaba. O seu antecesor, Fran Llorente, despídese entre aplausos dos xornalistas da canle pública. | Dous meses e unha semana. É o escaso tempo transcorrido dende que, a finais de abril, o Goberno central lanzase a reforma legal que, en virtude da actual correlación de forzas do Congreso dos Deputados, lle devolve ao PP o control de Radio Televisión Española pola vía da elección do presidente da corporación pública. Nada máis tomar posesión o elixido para ese cargo, Leopoldo González-Echenique, comezou a exercer por unha das áreas dos medios públicos estatais contra as que máis frecuente e duramente cargaron os conservadores na súa etapa de oposición: os informativos. Así, como era agardado por moitos dos profesionais de TVE, o xornalista Fran Llorente é relevado da dirección dos espazos informativos. Mentres Llorente era despedido entre aplausos polos seus compañeiros transcendía que para relevalo González-Echenique decidiu fichar a un dos rostros máis coñecidos de Telemadrid, Julio Somoano, ata agora presentador dos informativos matinais da canle dependente do Goberno de Esperanza Aguirre. Pero, quen é o elixido? Á marxe da obrigada distinción entre os profesionais da información e os medios nos que desenvolven o seu labor as manifestacións públicas de Somoano nos últimos anos permiten deducir un grao de sintonía bastante elevado co sector máis conservador do gabinete de Mariano Rajoy. Así, por exemplo, hai poucos meses manifestaba as súas dúbidas sobre a "autoría intelectual" dos atentados terroristas do 11M en Madrid. Do mesmo xeito, o tamén filólogo aproveitou a presentación dun libro, no ano 2011, para defender abertamente a utilización de topónimos deturpados nos territorios do Estado con lingua propia diferente do castelán. Ao seu xuízo, o uso dos nomes oficiais e avalados por lei responde a unha "moda do politicamente correcto" que, no caso dos medios de comunicación, só asumen "os xornalistas sen capacidade crítica". Así, dende a súa particular visión, as "diversas Administracións" poden "dicir o que queiran", pero "La Coruña es La Coruña". Obvia Somoano que, á marxe das leis galegas, tamén unha normativa do Estado -aprobada en 1998, co Goberno de Aznar- desbotou o topónimo deturpado, neste caso para a provincia coruñesa, establecendo A Coruña como única forma oficial. "As administracións poden dicir o que queiran, pero La Coruña é La Coruña", asegura Somoano Nesa mesma intervención, realizada no marco dun encontro dixital no diario El Mundo, Julio Somoano "defendía" tamén os informativos de Telemadrid fronte ás "acusacións inxustas" de "presunta manipulación". Ao seu xuízo, "repetir un mantra durante anos" sobre un eventual escoramento desa canle cara ao PP e en detrimento da esquerda "non o converte en verdade". "As voces da oposición escóitanse en practicamente todos os informativos", aseguraba meses antes de lanzar ao mercado un dos seus libros máis controvertidas, unha biografía non autorizada do actual secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba. Apenas un mes antes das últimas eleccións xerais, ás que Rubalcaba concorreu como candidato socialista, o novo responsable dos informativos de TVE consideraba que falar de Rubalcaba "é sinónimo de caer en desgraza", xa que "a maioría de España lle ten medo" por ser un personaxe "maquiavélico". A incorporación de Julio Somoano, que previsiblemente presentará tamén un Telediario, é a primeira, pero non a única acción dos novos xestores de RTVE que amosa ás claras un claro rumbo na corporación, recoñecida publicamente nos últimos anos por diversos organismos internacionais por, entre outros aspectos, a calidade e imparcialidade dos seus informativos. De agora en diante Radio Nacional de España queda baixo a dirección de Manuel Ventero, isto é, do que fora director de informativos de RNE durante a lexislatura na que José María Aznar gobernou con maioría absoluta. |
NOS_15637 | Remata o ano. É tempo de escolmas. Non son todas as que son, pero si todas as que están... | O mellor: O que arde. Oliver Laxe, e a súa equipa, acadaron, por fin, que o cinema galego, e en galego, sexa tan valorado fóra como na casa. Premios desde China até Arxentina (literal) aos que pode engadir uns cantos máis coas cinco nomeacións aos Premios Feroz, catro aos Goya e dous aos Gaudí. Parásitos. Corrosiva loita de clases baixo a peculiar mirada de Bong Joon-ho. Namorou a crítica e público. Recoñecida en Cannes coa Palma de Ouro e con varias nomeacións aos Globos de Ouro, incluíndo Mellor Dirección, Mellor Guión e Mellor Filme Estranxeiro. Nos Óscars, previsiblemente, irá polo mesmo camiño... Era unha vez... en Hollywood. Tarantino toca teito na seu novena longametraxe en solitario. Inmíscese, como só el sabe, no Hollywood dos 60 a través dunha estrela en horas baixas (Leo DiCaprio) e o seu dobre de acción (Brad Pitt). Risas e cinefilia ao máis alto nivel. Spiderman: un novo universo. Para ser xustos, tivo a estrea a finais de decembro de 2018 pero, como non puido entrar na escolma do ano pasado, vai nesta por ser a mellor adaptación da historia de Spider-Man e unha clase maxistral de como trasladar os códigos da banda deseñada ao cinema. O irlandés. Scorsese, de Niro, Pacino, Pesci, Keitel... Tres horas e media de puro cinema. Nada máis que engadir, señorías. Joker. Spin-off do vilán máis famoso do universo Batman en modo serio e pesimista interpretado por un impresionante Joaquin Phoenix que, de seguro, se fará (e non era sen tempo) coa cobizada estatuíña dourada da Academia de Hollywood. Eroski paraíso. A obra de teatro do grupo Chévere adaptada ao cinema, coa inestimábel codirección de Jorge Coira, consegue equilibrar emotividade a flor de pel e puro esmendrelle. Unha comedia total. Longa noite. A segunda longametraxe de Eloy Enciso achégase á memoria histórica e ao verdadeiro xerme do fascismo a partir de inspiración literaria e actores de teatro amador. Soberbia a fotografía nocturna de Mauro Herce. Impeachment (democracia em vertigem). Documentario de Petra Costa sobre o adulterado proceso xudicial contra Dilma e Lula que propiciou o ascenso ao poder de Bolsonaro no Brasil. Un excelente análise para entender mellor as tácticas da ultradereita para derrubar gobernos democráticos. Quen a ferro mata. Filme de xénero que mestura narcos, vinganza e senectude. Excelentes interpretacións (sobre todo de Enric Auquer) e unha desenlace final das que quedan gravadas na memoria para o resto dos nosos días... O peor: Hellboy. Innecesario reboot do anti-heroe vermello de Mike Mignola protagonizado por un irrecoñecíbel David Harbour, o poli de Stranger Things. Moi frouxa. Cemiterio de animais. A obra de Stephen King non adoita ter moita sorte no paso á gran pantalla. Poucas son as veces que unha adaptación das súas novelas sae airosa. Iso si, cando sae, sae moi ben... Esta non é unha desas veces. Vento de liberdade. Antes da súa caída, dúas familias intentan atravesar o muro de Berlín en globo. Desaproveita un bos vimbios para facer unha peza rutineira, artificiosa e plana. Godzilla, rei dos monstros. Continua a teima de facer caixa co Godzilla hiper-vitaminado relanzado en 2014... e continúan sen dar coa tecla correcta. Culpa, sobre todo, do guión e dos patéticos diálogos. Rambo: last blood. Stallone resístese abandonar os tótems que o lanzaron á fama. O único bo que se pode dicir desta película é que é a derradeira achega de Rambo... Malísima. X-men: Fénix escura. A última entrega da saga X-Men merecía bastante máis que este pastiche mal dirixido e de trama inverosímil. Mágoa. IT: Capítulo 2. Após do terrorífico capítulo 1, a expectación era máxima para a parte adulta de It. Supoñíase que ía dar máis arrepío e ter unha trama máis escura. Nin unha cousa nin outra. Decepción absoluta. Elisa e Marcela. Que máis me gustaría que poñer o filme sobre o primeiro matrimonio documentado entre mulleres no listado de "Mellores do ano", pero Coixet patina no fondo e nas formas. Sufríu a "maldición de Netflix"? Aladdin. Disney está a facer unha posta ao día dos seus clásicos animados contratando directores de renome. Desta volta fichou un Guy Ritchie que intenta impregnar co seu toque. Sorprende un Will Smith no papel de xenio pero non deixa de ser un calco do orixinal. Que necesidade había? Os mortos non morren. Jim Jarmusch proba sorte no xénero zombi contando cunha morea de estrelas do cinema alternativo: Adam Driver, Bill Murray, Tilda Swinton, Steve Buscemi, Chloë Sevigni, Tom Waits ou incluso Iggy Pop... Uns vimbios exquisitos que non acaban de callar por mor dunha historia que máis parece unha brincadeira persoal do propio Jarmusch. |
NOS_32331 | A treboada perfecta abateuse sobre o libro na última década. Á crise económica sumouse a brutal redución de partidas orzamentarias destinadas ao sector pola Xunta. Así o constatan os datos recabados polo Consello da Cultura Galega no seu informe Datos da edición en Galicia. 2006-2016. | En 2008 publicáronse en Galiza 3.747 libros, 2.070 deles en galego. En 2016 foron 1.990, 976 en galego. As cifras, fornecidas ao organismo autonómico polo Instituto Nacional de Estatística (INE), coinciden tendencialmente coas rexistradas polo ISBN. Estas tamén indican a caída da edición en galego. En 2015 foron o 61,5%, en 2016 o 50.7%. A caída da produción editorial ten o seu reflexo laboral. A Federación de Gremios de Editores de España debuxa a paisaxe: en 2007 había 43 empresas editoriais privadas, que xeraban 318 empregos; en 2016 hai 37, que dan traballo a 205 persoas. O INE agrupa os datos de maneira máis ampla por "empresas de edición de libros, periódicos e outras actividades editoriais". Pasaron de 369 en 2013 a 324 en 2017. O índice do Sistema de Análises de Balanzos Ibéricos recolle que, desde 2011, "os resultados dos exercicios das editoras son negativos". E o número de exemplares imprentados tamén se reduciu drasticamente entre 2011 e 2016: 1,5 millóns de exemplares menos, o 47%. A irrupción de formatos diferentes do papel non resulta significativa: en 2011 houbo 518 obras non en papel anotadas no ISBN. En 2016, 550. Políticas procíclicas do Goberno galego O esganamento do comercio do libro foi acompañado da caída do gasto dos fogares galegos en libros. A crise produciu unha devalación social que derivou na precarización laboral e a redución das economías familiares. En 2006 -os números proceden do INE-, os fogares gastaban en libros unha media de 136,6 euros. En 2016, 79,2 euros. Por persoa, pasou no mesmo periodo de 49 euros a 32. As políticas da Xunta non fixeron máis que reforzar estas tendencias. En contraste con operacións de rescate con cartos públicos realizadas noutros sectores empresariais, a reducción de orzamentos destinados ao mundo do libro foi brutal nos últimos dez anos. "A partida que máis descende é a dedicada á promoción da lectura e do libro", sinala o informe do Consello da Cultura Galega, "un 82%, e a de promoción e edición do libro en galego, un 54%". En miles de euros, no tramo 2006-2016, as partidas dedicadas a adquirir "lotes fundacionais e fondos bibliográficos" baixaron dos 600.000 aos 560.000 euros. As de "promoción e edición do libro en galego", de 758.000 a 348.460. As de "promoción da lectura e do libro", de 1.120.000 a 200.000. E as de "apoio a promoción, producción e edición do libro en galego", de 292.000 a 210.000. A interpretación dos datos que fai o propio Consello da Cultura albisca unha minúscula luz en comparación con exercicicos anteriores. "Despois de anos de descensos moi importantes, o número de libros editados amosa certa estabilidade", afirma. Non obstante, engade, a situación dista de se reverter. "As editoriais non se recuperan substancialmente, descenden o número de editores e de empregos que xeran, as familias gastan moito menos en libros non de texto que hai 10 anos e as políticas de gasto público tampouco axudan", vén concluír. |
NOS_43496 | Aprobada a Lei de Linguas Rexionais malia a oposición do Goberno, que considera que é inconstitucional. | O Parlamento de Francia aprobou na quinta feira 8 de abril o proxecto de lei para protexer e promover as linguas minorizadas do país, despois do voto favorábel da Asemblea Nacional en segunda lectura e malia a reticencia do Goberno e dos deputados do partido que o sostén, A República en Marcha. A "Proposición de lei relativa á protección do patrimonio das linguas rexionais e a súa promoción" saíu adiante na Cámara baixa con 247 votos a favor e 76 en contra. Presentada inicialmente o 30 de decembro de 2019 polo deputado bretón Paul Molac, do grupo parlamentario Libertés et Territoires, contou ademais neste tempo co pulo da sociedade civil, encarnada na agrupación Pour que Vivent Nos Langues ("Para que vivan as nosas linguas"), fundada polo propio Molac e polo eurodeputado corso François Alfonsi. Durante o procedemento lexislativo foron acernados os puntos máis controvertidos do texto. Os máis esenciais. A Asemblea Nacional retirounos na primeira lectura e foron reintroducidos posteriormente no Senado. Finalmente, a Cámara baixa deu na quinta feira o visto bo á proposta orixinal, que permitirá unha grande innovación: a implantación da educación inmersiva (a que se realiza durante un amplo período de tempo na lingua minorizada, en materias non relacionadas cos idiomas). Até agora o ensino inmersivo nas linguas minorizadas só era posíbel fóra da educación pública. É o modelo das redes de escolas en bretón, Diwan; en catalán, Bressola; en occitano, Calandreta; ou en éuscaro, Seaska. Será un terceiro modelo de educación en Francia nas chamadas "linguas rexionais", que se suma aos dous existentes: un en francés con materias sobre estas linguas e culturas, e outro bilingüe. "Idioma da República" O ministro francés de Educación, Jean-Michel Blanquer, foi o principal valedor de que a inmersión lingüística non fose incluída na norma, augurando "consecuencias en cadea". Durante o debate, sostivo que é contraria ao artigo 2 da Constitución, que sinala que "o francés é o idioma da República". A supresión deste punto da norma solicitado polo ministro foi rexeitada con 188 votos en contra e 111 votos a favor. Outro punto novo e importante é o que obriga os municipios que non contan con escolas bilingües a contribuíren ás taxas de matrícula nas escolas concertadas que si a ofrecen. Logo de a norma ser aprobada, Molac e outros deputados bretóns cantaron ás portas da Asemblea francesa o Bro gozh ma zadoù, o himno da Bretaña. |
NOS_49367 | A monarca morreu esta quinta feira en Balmoral (Escocia). | A raíña Isabel II do Reino Unido faleceu "en paz" na tarde desta quinta feira no castelo de Balmoral (Escocia), acompañada polos seus achegados, segundo informou o servizo de comunicación do Pazo de Buckingham contra as 19.30 horas. The Queen died peacefully at Balmoral this afternoon. The King and The Queen Consort will remain at Balmoral this evening and will return to London tomorrow. pic.twitter.com/VfxpXro22W— The Royal Family (@RoyalFamily) September 8, 2022 O persoal médico xa alertara nas últimas horas da "preocupación" existente ante o agravamento do seu estado de saúde, que mantivo en vilo todo o país. O seu último acto oficial decorreu esta mesma semana, na terza feira, cando recibiu, tamén en Balmoral, a nova primeira ministra, a conservadora Liz Truss. Após o seu pasamento, aos 96 anos de idade, o seu fillo maior, Carlos —agora ex príncipe de Gales—, converterase no novo rei e xefe de Estado dos países que conforman a Commonwealth. O de Isabel II foi o segundo reinado máis longo da historia Durante o seu longo reinado —70 anos, o segundo máis duradeiro da historia após Luís XIV de Francia, que gobernou até 72 anos e 110 días—, Isabel viu pasar por Downing Street até 15 primeiros ministros e ministras, a comezar por Winston Churchill cando tomou posesión do trono, en 1952, e rematando por Liz Truss, na mesma semana da súa designación oficial. Isabel non era a seguinte na liña sucesoria natural do Reino Unido, pois o seu tío, Eduardo VIII, non chegou a completar o ano reinando xa que abdicou, en decembro de 1936, para poder casar coa estadounidense Wallis Simpson, divorciada en dúas ocasións. Así, o seu pai substituiuno baixo o nome de Xurxo VI, mais morreu con 56 anos, en 1952, polo que Isabel, desta vez si, tornou na herdeira á Coroa británica. Aliás, Isabel II sobreviviu o mandato no Vaticano de até sete papas da Igrexa católica: Pío XII, Xoán XXIII, Pablo VI, Xoán Pablo I, Xoán Pablo II, Benedicto XVI e Francisco I. |
PRAZA_20592 | Rajoy defende ante o tribunal da Gürtel que coñecía a Pablo Crespo "porque era de Pontevedra" e secretario de organización do PPdeG, pero a súa relación con el era "absolutamente política e nada estreita" Feijóo sae na defensa de Rajoy: "Contou o que sabe, estamos tranquilos e satisfeitos" | Feijóo sae na defensa de Rajoy: "Contou o que sabe, estamos tranquilos e satisfeitos" O 18 de abril de 2003 o empresario Álvaro Pérez, alcumado El Bigotes, dirixiu unha carta a Mariano Rajoy, na altura vicepresidente do Goberno de España e secretario xeral do PP. O responsable da empresa Orange Market, unha das filiais de Special Events, isto é, dirixente do grupo empresarial considerado cerna da rede Gürtel, dirixíase ao daquela número dous de José María Aznar para lle reclamar unha débeda contraída polo PP galego coas empresas da que despois se revelaría como trama corrupta. Pérez observaba na dirección galega do partido "unha intención clara de non pagar" e pedía a intermediación de Rajoy, quen este mércores afirmou ante o tribunal que xulga unha das pezas do caso que descoñecía tal débeda e a existencia da propia misiva. Despois de que Rajoy, que declarou como testemuña, insistise en numerosas ocasións no seu descoñecemento dos asuntos económicos do partido e asegurase non coñecer os presuntos líderes da Gürtel alén de "saudalos" nalgún acto público un dos avogados da acusación amosou a carta, incluída no sumario. Tratábase de cuestionar o xefe do Executivo español pola súa relación cos empresarios, toda vez que no escrito Pérez atuaba a Rajoy. "Eu descoñecía esa carta" pero "se di que ma enviou, enviouma", resolveu antes de sinalar que nesas datas "eu estaba dedicado única e exclusivamente a ser candidato" ás eleccións xerais do ano seguinte. "Hai moita xente" que lle remite cartas "sobre temas moi diversos" e "en decenas" delas "trátanme de ti", xustificou. O 'Bigotes' escribiulle a Rajoy para que "mediase" no pagamento de 120.000 euros por actos políticos en Galicia O líder conservador di non saber desa carta -nin doutra enviada polo mesmo remitente en 2004- e, igualmente asegura "non saber da existencia" da débeda que reclamaba o Bigotes, 20 millóns de pesetas -algo máis de 120.000 euros- pendentes dunha débeda global que chegara a ascender a 46 millóns -case 277.000 euros- pola organización de actos públicos nas eleccións municipais de 1999, o "multitudinario acto do Monte Faro e o Congreso Rexional" dese mesmo ano. Cando Pérez pide a mediación de Rajoy o PP galego fora pagando a prazos as cantidades pendentes e tamén outras novas pola "realización da campaña das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001", pero faltaban os 20 millóns do 99 que o partido adiaba "mediante disculpas e pretextos do máis variopinto", indicaba a carta. O empresario pedía a "intervención" de Rajoy porque, aseguraba, a dirección galega "aproveitábase" de que as empresas da Gürtel eran "provedoras habituais" da dirección central do partido, polo que "nunca acudiremos a un xulgado para reclamar o que é noso". Fragmento da carta, amosada durante a declaración de Rajoy ante o tribunal da Gürtel Rajoy defende que coñecía a Pablo Crespo "porque era de Pontevedra" e secretario de organización do PPdeG, pero a súa relación con el era "absolutamente política e nada estreita" Pero ante o tribunal Rajoy reiterou non saber nada. "Non sei como se resolveu" o pagamento "nin teño por que sabelo" porque "as miñas funcións son políticas, non saber as débedas do partido en Galicia" nun ano, o 2003, no que a vida interna do PPdeG vivía unha etapa convulsa polas repercursións da catástrofe do Prestige, o afastamento de Xosé Cuíña do Goberno e da secretaría xeral do partido e, como parte desas mudanzas, a saída da secretaría de organización de Pablo Crespo, que permanecería como membro do consello de Administración de Portos de Galicia, xa con Alberto Núñez Feijóo como conselleiro de Política Territorial, ata o ano 2005. Feijóo reiterou en diversas ocasións que apenas se relacionou con Crespo e o mesmo fixo Rajoy este mércores ante o tribunal que xulga o caso Gürtel. Coñecíao "porque era de Pontevedra e membro do PP galego" pero "eu xa non tiña ningunha responsabilidade en Galicia, era ministro". Naqueles anos, admite, "era deputado pola provincia de Pontevedra" e "as fins de semana ía alí para cumprir coa miña obriga"; "nalgunha ocasión estaba o secretario de organización", Pablo Crespo, pero a súa relación con el "era absolutamente política e nada estreita", resolve. "Cando o señor Crespo veu a Madrid e comezou a traballar co señor Correa non tiven ningún tipo de relación con el", asegura. Crespo foi condenado a 13 anos de cadea o pasado febreiro na primeira sentenza do caso Gürtel. "Contestación galega" Un dos momentos máis comentados da declaración de Rajoy ante o tribunal da Gürtel chegou durante o primeiro dos interrogatorios, o practicado polo avogado da asociación ADADE, que actúa como acusación popular. Mariano Benítez de Lugo, cuestionaba o líder popular sobre "quen pagou" unha viaxe que realizou no ano 2004 tras a súa primeira derrota electoral fronte ao PSOE de José Luis Rodríguez Zapatero. "O meu partido, ata onde eu sei", respondeu Rajoy, resposta que Benítez de Lugo considerou ironicamente "unha contestación galega". "A contestación ten que ser galega porque non a podería facer riojana", repuxo Rajoy. |
NOS_57148 | Em breve começa a campanha de crowdfunding para Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de Terra, que se realizará desde a plataforma Verkami. 'Coraçom de terra' é uma biografia ficcional que repassa a vida e a obra do autor homenageado no Dia das Letras. A proposta, ao cuidado de Demo Editorial e da Através Editora, é uma novela gráfica feita por Xico Paradelo e Iván Suárez. Conversamos com Xico Paradelo para saber mais pormenores desta nova iniciativa. | Que encontraremos nesta novela sobre Calero? É uma novela que nos conta certos momentos pontuais da linha biográfica de Ricardo Carvalho Calero, mas nem tudo o que se narra é realista. Escolhemos seis momentos da sua vida. Nós decidimos aplicar a própria estrutura que ele utilizou quando fez Scórpio, que é fazer como uma história autobiográfica com elementos fantásticos ou elementos não reais. Imaginamos e inventamos as aventuras de Ricardo como criança em Ferrol, um dia de passeio com os seus amigos galeguistas em Compostela, no Seminário. É uma banda desenhada em que se contam várias histórias, não é uma biografia rigorosa, mais sim uma forma de visualizar como foi essa vida. Arranca com uma pergunta, que teria acontecido se Ricardo Calero não tivesse morto, se Alexandre Bóveda, Castelao ou Otero conseguissem levar adiante essas ideias, se o Estatuto da Galiza fosse aprovado. Onde o galeguismo pudesse ter o seu programa. Partimos de aí, para visualizar algo que ele diz, que o futuro tem que ser corrigido. E ele e a sua geração viam um futuro que não é este no que estamos pelo golpe de Estado de Franco. Com este crowdfunding que se procura? É, por um lado, para dar a conhecer esta obra a aquelas pessoas que estejam interessadas, dar ofertas e prémios e, por outro, para poder garantir uma edição com um certo nível e um número de exemplares, que dependerão também do apoio que tenhamos. É um labor de equipa onde se unem muitas pessoas, com muito trabalho de documentaçãocom duas editorias, e esperamos que abra um novo campo, somar esforços. A história de Carvalho está segmentada, de momento. Levamos mais de um ano trabalhando nisto e esperamos que agrade esta aposta. Que nos pode adiantar dos desenhos da novela? Os desenhos são de Iván Suárez, a sua obra foi reconhecida com diversos prémios. Tem um desenho dinâmico e contundente, com uma narrativa muito gráfica e visual, que nos leva até esse passado, o Ferrol dos anos 30. Tudo com uma qualidade gráfica enorme, fácil de entender e compreender, a qualidade gráfica é grande. É uma história complicada porque Carvalho é um intelectual, a acção é a justa. Trata-se mais de debate intelectual, mas achamos que é uma história que guarda as claves da realidade atual do nosso país, que explica por que temos hoje estes encontros e desencontros. Precisamos transitar por esse outro caminho que ele abriu e se para algo podem servir as letras este ano é para caminharmos por outras sendas. Esperamos que se celebre como se merece, Carvalho Calero é um fundamental. Quais são as condições da literatura gráfica na Galiza? Temos duas faces. Temos uma banda desenhada que sempre se revelou como uma das mais criativas e das mais potentes a nível ibérico. E por outro lado temos falta absoluta tanto de mercado como de promoção ou de apoio dos setores públicos. Por tanto, é uma banda desenhada muito fraca, os desenhadores não podem desenvolver os seus labores. Temos poucos desenhadores profissionais e poucos autores e autoras profissionais por isso, porque não há um mercado como na França ou nos Estados Unidos. Aqui trabalhamos para fora porque os autores e autoras galegas cada vez apresentam uma qualidade maior. Isto vem de um processo permanente, já desde os anos setenta e oitenta deu lugar a ter uma geração de altíssimo nível, com muito prestígio. Temos a única escola, Garaxe Hermético de Pontevedra. Acontece como com tudo neste país, temos talento, mão-de-obra, material, mas falta o investimento público que nos permita consolidar este setor. |
NOS_22589 | Fin ás máscaras desde esta cuarta feira, 20 de abril, tras a aprobación por parte do Consello de Ministras e Ministros do Estado español do real decreto que anula a obrigatoriedade do uso do tapabocas nos interiores. | O Consello de Ministras e Ministros do Estado español aprobou esta terza feira un Real Decreto polo que o uso de máscaras deixará de ser obrigatorio en espazos interiores a partir desta cuarta, tras ser publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE). Sanidade retirará a obrigatoriedade do uso da máscara en interiores a partir do 19 de abril En rolda de prensa, a ministra de Política Territorial e portavoz do Executivo, Isabel Rodríguez, celebrou a medida, que "foi posíbel grazas a un traballo conxunto e un esforzo colexiado no que tivo que ver moito a estratexia de vacinación". "É un día moi especial para o Goberno e o conxunto dos españois na loita contra o virus. Estamos a avanzar na normalidade. Mañá poderemos desprendernos en interiores das máscaras e mostrar os nosos rostros e os nosos sorrisos", aplaudiu. Excepcións A máscara seguirá a ser obrigatoria en contornas vulnerábeis sanitarias e sociosanitarias, entre as que se inclúen hospitais, residencias e outras instalacións da mesma natureza. Tamén en farmacias e unidades móbiles de doazón de sangue. En relación aos hospitais, informou de que o uso será obrigatorio para traballadoras e traballadores sanitarios, "mais as persoas ingresadas na súa habitación enténdese que non". Tampouco terían que levala as usuarias e usuarios dos centros de maiores, mais si as visitas e o persoal traballador. Tamén será obrigatorio o uso das máscaras en todos os transportes públicos, "e nos barcos cando non se poida manter a distancia de 1,5 metros". Porén, nos andéns e accesos ás estacións non haberá que usala. E no traballo? Un dos ámbitos máis polémicos é o da contorna laboral. Darias asegurou que "a norma xeral é que non sexan obrigatorias, pero os responsábeis en materia de prevención de acordo coa avaliación do risco do posto poderían estabelecer as medidas que estimen convenientes, incluído o seu uso". Sobre a posibilidade de que se produzan problemas nas empresas, a ministra respondeu que "o sentido común é o mellor dos sentidos". |
NOS_32674 | Unha vez máis, e como tantos outros veráns, contemplamos como ardía impunemente parte da serra do Xurés, un dos espazos galegos que conta con máis figuras de protección: LIC e ZEC Baixa Limia-Serra do Xurés, Parque Natural Baixa Limia, Parque Nacional Peneda-Gerês (en Portugal), Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés e área importante para a herpetofauna española Xurés-Laboreiro. | A serra do Xurés/Gerês esténdese entre a Galiza e Portugal. Destaca polas súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, formada sobre todo por rochas graníticas, que dan lugar a un relevo característico de picos espectaculares, zonas acasteladas e grandes bolos. Paraxe: Baixa Limia / Concello: Lobios / Percorrido: 15 quilómetros (ida e volta) / Dificultade: Media A liña fronteiriza é rica en wolframita, que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial. A maior parte do terreo dos cumes é rocha espida ou está cuberto por un mato de uces, xestas, toxos e carqueixas, ou piñeiros de repoboación, e algunhas pequenas áreas de bosque autóctono. É un espazo que ten importantes valores xeolóxicos (vales fluviais e glaciares, fervenzas e pozas, formacións graníticas...), ecolóxicos (especies de flora e fauna pouco comúns entre as que se atopan algúns endemismos como o lirio do Xurés), etnográficos (chivanas, alvarizas, muíños, hórreos, núcleos tradicionais...). A ruta que propoñemos decorre por un dos vales que conxunta todos estes valores: un val glaciar, a vista dalgúns dos picos máis destacados da serra (o Altar dos Cabrós e o Sobreiro), a aldea de Vilameá, a capela da Virxe do Xurés, unha chivana, unha alvariza e algunhas especies vexetais e animais pouco comúns. O río Vilameá é un afluente do Caldo, que á súa vez vai ao Limia. Nace nas abas do pico Sobreiro e discorre polo fondo do val no que se conservan formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis occidentais de Europa: morenas, rochas estriadas e acumulacións de depósitos fluvioglaciais. Desde Vilameá (estrada Lobios-Portela do Home) achegámonos á Ermida da Nosa Señora do Xurés (a uns 700 metros de altitude), un miradoiro sobre a contorna que acolle no seu recinto varios carballos senlleiros. Comezamos a camiñada seguindo unha pista que baixa até a Ponte de Porta Paredes e continuamos pola marxe dereita do río até chegarmos á parte alta do val onde se atopa, á esquerda, a mina das sombras, unha antiga explotación de wolframio. Vólvese polo mesmo camiño ou collendo, no punto onde o sendeiro de volta se atopa coa pista forestal, o desvío á esquerda, para cruzar o río e seguir até o alto do Becerral, onde nos desviamos de novo por carreiros ao cume de Baltar, para logo ir descendendo até a capela do Xurés. |
NOS_36515 | O Pleno extraordinario do Parlamento de Galiza, aproba a reforma da estrutura do Valedor do Pobo, a modificación do regulamento da cámara e a creación dunha comisión de invetigación das caixas. | A sesión extraordinaria desenvolvida esta quinta no Parlamento da Galiza tivo como eixo transversal en todas as cuestións da orde do día, a proposta do Partido Popular encamiñada a reducir a 61 o número de deputad@s. Tanto é así, que a presidenta, Pilar Rojo, emprazou en varias ocasións ás deputadas do PSOE, a centrar o seu relatorio no asunto a tratar. Acusaron @s deputad@s do BNG e o PSOE ao grupo popular de facer un uso fraudulento da Cámara ao impedir en non poucas ocasións, a introdución de puntos na orde do día as propostas da oposición. "Queren facer de nós figurantes a deputad@s", aseverou o nacionalista Suárez Canal, lembrándolle ao grupo parlamentar do PP que a oposición "posúe máis votos que o goberno e aínda así non poden introducir nin un só tema". A etrutura do Valedor do pobo, ou como gobernamentalizar unha instituciónO grupo popular propuña a reforma desta institución valéndose do aforro intitucional como argumento, mais co obxectivo de perpetrar o carácter de interino que posúe o actual Valedor. Lembremos que a anterior persoa que exercía o cargo, Benigno López, demitiu das súas funcións verbo da presión mediática e social que levantaran súas declaracións ao afirmar que os recortes eran "xustos, imprescindíbeis e necesarios". Suárez Canal, que se opuxo de facto á proposta do Partido Popular por considerala unha ferramenta de "gobernamentalización" da institución, criticou a actitude do goberno galego ao non aceptar as emendas achegadas polo grupo parlamentar do BNG e presentar unha proposta "unilateral" que deixa ver os intereses do goberno na propia reforma, cuxo obxectivo é, "controlar a institución do Valedor do Pobo, dentro dunha deriva antidemocrática e recentralizadora", asegurou o nacionalista. Pola súa banda, a voceira do PSdeG-PSOE, criticou tamén a exclusión de moitas das súas emendas e anunciou a abstención do seu grupo --que previamente dera o seu apoio á proposta na comisión-- até que o grupo popular non apease da redución no número de deputad@s. O interlocutor popular, aproveitou a quenda de réplica para acusar @s socialistas de "travestismo" político. Reforma do regulamento da Cámara A proposta do grupo popular, presentouse unha reforma do regulamento da Cámara, encamiñada a habilitar unha outra posibilidade de participación d@s deputad@s que por maternidade/paternidade ou enfermidade grave non puideren exercer as súas obrigas parlamentares. A voceira do BNG, Tareixa Paz, ironizou coa "obscenidade" que representaba debater sobre a igualdade das mulleres, cando o ministro de xustiza español, o popular Alberto Ruíz Gallardón, informara das intencións do goberno central de eliminar o suposto de malformación da lei do aborto de 1985. Paz ironizou coa viabilidade da proposta ao afirmar "non sei até que punto debemos seguir coa modificación do regulamentodo Parlamento cando en realidade o Partido popular segue cuestionando a representatividade democrática desta institución". A nacionalista defendeu a abstención do seu grupo de non introducir o ditame da comisión, a corresponsabilidade nas súas disposicións preliminares e a subsidiariedade do voto delegado en favor da participación telemática en aras dun exercicio pleno das obrigas parlamentares. A voceira do PP, Marta Rodríguez, acusou á oposición de (re)buscar argumentos para oporse ao consenso de calquera forma e salientou o afervoado traballo do seu grupo a prol da igualdade na Cámara --esquecendo as prácticas e feitos consumados ao londo de múltiples lexislaturas, desenvolvidas polo PP--. Pola súa banda Paz aseguroulle que "para o PP o consenso reside en que @s demais nos aveñamos ás posturas do PP". A comisión de investigación das caixasEra un punto da orde do día agardado, pois en repetidas ocasións a oposición propuñera a súa introdución, obtendo máis pena que gloria. Finalmente o PP, presentou a pleno extraordinario, a toma en consideración dunha comisión investigadora que bote luz sobre o proceso de bancarización das caixas galegas. As bancadas da oposición fervían ante as afirmacións de Pedro Puy, voceiro d@s populares, que aseguraba con sobervia "esta proposta si que vai ter éxito e será apoiada pola oposición". A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, emprazou en reiteradas ocasións @s deputad@s socialistas a respectaren a quenda de intervención de Puy e a permaneceren calad@s. Puy asegurou que a serodia proposta respondía á espera da auditoria das caixas e a recapitalización das mesmas a través do fondo de rescate. Para Carlos Aymerich, voceiro d@s nacionalist@s, "nin o Parlamento galego nin o español van decidir agora nada, decidirán os homes de negro" e sinalou a falla de regulación do sector financeiro, o sobreendebedamento d@s particulares e a fraude fiscal dos máis ricos como responsábeis da realidade que viven hoxe as caixas. Pola súa banda, @s socialistas exixiron unha comisión útil e transparente na que comparezan tod@s as persoas responsábeis da deriva das caixas, mentres amosaba a súa voceira, unha foto de Núñez Feijóo cos directivos de NGB. A proposta da comisión saiu a diante cos votos favorábeis de tod@s @s presentes. |
NOS_31737 | A Consellaría de Sanidade, que esta mañá destacou a redución da incidencia dos gromos na área sanitaria da Coruña e Cee polas limitacións estabelecidas hai unhas semanas, aclarou que pór limitacións noutros municipios é unha estratexia para frear os contaxios en xente nova. | Laxe, Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilaboa e Poio son os novos municipios sobre os que pesan máis restricións para controlar a expansión da Covid-19 pola nazón. A Consellaría de Sanidade explica, a través das ordes publicadas onte á noite no Diario Oficial da Galiza (DOG), que o que motivou a decisión foi o incremento na transmisión e a maior incidencia sobre a mocidade. O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública explica que Lalín é a localidade máis afectada na comarca do Deza "tanto en casos como en taxas", debido a que cada infectado "pode estar a contaxiar a outras dúas persoas e estase incrementando a transmisión". Este gromo considérase de "alto risco" e dáse a circunstancia de que a franxa de idade que predomina entre as e os doentes vai dos 15 aos 29 anos. Desta maneira os contaxios poderían dispararse sen control. "Hai unha alta probabilidade de presentar casos asintomáticos e gran capacidade de transmisión pola frecuencia de interaccións sociais", sinala o documento, que fala de situacións parecidas no Baixo Miño. En canto a Vilaboa e Poio, a orde da Xunta relaciona o aumento de casos coa súa "interrelación" coa cidade de Pontevedra, que permanece con restricións desde esta quinta feira. O concello de Laxe de duplicou a incidencia do coronavirus desde o 2 de setembro na liña do ocorrido na comarca de Bergantiños, onde a porcentaxe de positividade máis elevado dáse entre os 20 e 24 anos. Con todo, Saúde Pública apunta a que a situación noutros concellos da zona, como Carballo e A Laracha, "vai mellorando, polo que pode dicirse que as medidas impostas están a funcionar". Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, declarou aos medios que teñen novas de "mellorías" da situación na área sanitaria da Coruña e Cee grazas a reducir a afluencia á hostalaría e o número de participantes nas reunións. |
NOS_26625 | A vicepresidenta segunda do Goberno estatal e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, anunciou a semana pasada esta medida, que só afectaría as grandes distribuidoras e non o pequeno comercio. | A empresa de distribución francesa Carrefour anunciou esta segunda feira a lista de produtos que formarán parte da súa 'cesta da compra' a "prezos limitados". Trátase dunha medida adiantada a pasada semana pola vicepresidenta segunda do Goberno estatal e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz. Así é a 'cesta da compra' con produtos básicos que propón Yolanda Díaz Precisamente, Díaz, xunto ao titular de Consumo, Alberto Garzón, mantivo un encontro o pasado 8 de setembro co director executivo de Carrefour no Estado español, Alexandre de Palmas, co propósito de analizar a 'cesta da compra' de produtos básicos proposta pola cadea de supermercados para paliar o aumento dos prezos —30 produtos a 30 euros—, unha medida que Díaz pediu trasladar ao resto de distribuidoras. Neste sentido, a compañía fixo pública unha lista definitiva de produtos, que permanecerán co seu prezo 'conxelado' até o vindeiro 8 de xaneiro, na que destacan a ausencia de "produtos frescos" como a carne, o peixe, o leite e os ovos, entre outros, pero na que as persoas consumidoras si poderán atopar, por exemplo, zumes e chocolate branco. Conxelación dos alugueiros e veto aos desafiuzamentos: Así intenta atallar Escocia a crise de prezos A empresa francesa asegura na súa paxina web que "os produtos que forman parte desta lista están presentes en calquera despensa". Carrefour xa adiantara a semana pasada que non incluiría "produtos frescos" como os mencionados ou froitas e verduras porque son os que sofren maiores variacións de prezo. Lista de produtos A lista de produtos anunciada por Carrefour inclúe como "produtos frescos" o pan de molde (0,85 euros) e pan de hamburguesa (0,85 euros). A inflación segue por riba dos dous díxitos En canto aos produtos de despensa, a compañía incluíu os seguintes: atún en aceite de xirasol (0,68 euros), aceite de xirasol (2,54), marmelada (0,69), sal mariño (0,25), fariña de trigo (0,72), vinagre de viño branco (0,55), flocos de avea (0,65), espirais vexetais (0,88), caldo de polo (0,75), chícharos en lata (0,63), champiñóns en lata (1,06), tarros de pemento do piquillo (0,94), galletas (1,31), té de limón (0,71), café moído (1,35), cereais de millo (1,09 euros), millo en lata (0,75), albóndegas en salsa (1,09), chocolate branco (0,55) e zume (0,86). Nos produtos específicos de perfumaría e hixiene, Carrefour incluíu dentífrico (0,68), xel de ducha (0,95), papel hixiénico (1,79) e compresas ultra finas (0,80). Díaz: "A patronal sabe que as familias sofren con esta inflación" Por último, nos produtos de limpeza e fogar, os que entran nesta lista da compra 'conxelada' son o lavalouzas a man (0,85), o deterxente a man (1,99), o limpiacristais (0,99) e a lixivia (0,99). |
PRAZA_5198 | Hai dúas semanas Xavier Labandeira, catedrático da Universidade de Vigo, foi designado para dirixir a unidade de investigación que avalía o resultado das políticas climáticas da UE. Un posto de gran responsabilidade para este vigués, que tamén é responsable do centro Economics for Energy. | Xavier Labandeira, catedrático da Universidade de Vigo, foi designado hai dúas semanas para dirixir, dende o Instituto Universitario Europeo (EUI) de Florencia, a unidade de investigación que avalía o resultado das políticas climáticas da UE. Un posto de gran responsabilidade para este vigués, que tamén é responsable do centro Economics for Energy, un centro de investigación privado especializado na análise económica das cuestións enerxéticas. Labandeira substituirá o profesor Denny Ellerman, un recoñecido experto, antigo colaborador do MIT e do goberno norteamericano, que dirixiu a Unidade de Política Climática da UE dende a súa creación en 2010, impulsada por Josep Borrell. O seu labor na Unidade de Política Climática consistirá en analizar os resultados que están acadando as políticas de control de emisións de gases de efecto invernadoiro e as políticas activas de enerxías renovables e tamén servir de nexo e foro de debate entre centros de investigación de diferentes países e entre as grandes empresas enerxéticas europeas. En varias ocasións ten sinalado a necesidade de enfrontarse ao cambio climático con medidas máis contundentes, deseñando estratexias dende a economía, situando como horizonte desexable un ano 2050 cunha estrutura de produción eléctrica totalmente libre de carbón e combustibles fósiles. "Non podemos atopar exemplos a nivel global que seguisen o noso camiño, pero precisamente por iso é interesante subministrar información sobre como teñen funcionado estes instrumentos aquí a outros países interesados" En que vas centrar o teu traballo na Unidade de Investigación sobre Política Climática do EUI? O meu traballo alí vai ser relativamente continuísta co que xa se ven facendo: investigación aplicada, isto é con datos, sobre os instrumentos de política climática existentes na UE. Principalmente sobre o mercado europeo de comercio de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) pero tamén sobre as políticas renovables. Espero, unha vez estea asentado alí, poder afrontar novos asuntos, como o papel das políticas de eficiencia enerxética ou dos impostos ambientais para afrontar a mitigación dos GEI. "A clave é tentar desacoplar a evolución das emisións de GEI da evolución económica para que cando se inicie o período de crecemento non se disparen novamente as emisións causantes de cambio climático" A políticas climáticas da UE, aínda que perfectibles, son un exemplo positivo para o resto do planeta? Cales son os principais retos actuais? En que se deberían centrar os esforzos? Si, eu penso que as políticas climáticas europeas son un exemplo para o resto do mundo porque só aquí se deseñaron e aplicaron instrumentos ambiciosos e parte dun paquete amplo. Desgraciadamente non podemos atopar exemplos a nivel global que seguisen o noso camiño, pero precisamente por iso é interesante subministrar información sobre como teñen funcionado estes instrumentos aquí a outros países interesados. Obviamente os retos actuais teñen que ver con aumentar a efectividade das políticas aplicadas, e iso pode conseguirse lanzando sinais axeitadas sobre o custo das emisións de GEI, promovendo a través desas sinais o desenvolvemento de tecnoloxías limpas e evitando unha deslocalización de actividades económicas desde Europa mentres todo o anterior se produce. Penso que os esforzos deben centrarse na mellora do funcionamento dos instrumentos existentes e tamén en tentar estender o alcance das políticas correctoras ao máximo número de países. Que impacto tivo a crise económica nas políticas climáticas en Europa? A redución das emisións produto da crise relaxou a vixilancia? Estase aproveitando este momento de cambio e restruturación para o deseño dunha nova economía produtiva? En boa parte de Europa a crise levou a unha redución das emisións de GEI porque a menor actividade económica afectou á demanda enerxética e ás emisións relacionadas con este sector. Tamén é verdade que a crise coincidiu cunha expansión das enerxías renovables en varios países, entre eles España, o que acentuou o fenómeno anterior. A clave é tentar desacoplar a evolución das emisións de GEI da evolución económica para que cando se inicie o período de crecemento non se disparen novamente as emisións causantes de cambio climático. Pero para isto necesitamos cambios estruturais e non estar simplemente nas mans do ciclo económico. "Pasar dunha situación como esa a unha paralización virtual dos desenvolvementos renovables non é positivo e creo que reflexa un certo fracaso como país" En concreto, en España, como valoras a política enerxética e as medidas sobre as renovables adoptadas nos últimos anos? Penso que non se pode xeneralizar, como en case calquera tema. Certas enerxías renovables, como a eólica, mostraron unha expansión continua e con melloras de custos ao longo dun período relativamente longo. Outras tecnoloxías mostraron un comportamento moito máis explosivo que, xunto cuns custos relativamente elevados porque non se encontraban en estado de madurez, xeraron cargas importantes sobre o sistema enerxético e a sociedade española. Pasar dunha situación como esa a unha paralización virtual dos desenvolvementos renovables non é positivo e creo que reflexa un certo fracaso como país. "Cremos que a imposición sobre o uso dos vehículos podería xogar un papel importante no futuro, substituíndo algúns dos tributos que na actualidade gravan este sector e que son relativamente ineficientes" Dende Economics for Energy defendestes recentemente unha revisión do sistema impositivo enerxético-ambiental, con beneficios para o medioambiente e que tamén permitiría unha redución doutros tributos. En que consistiría esta reforma? O noso informe recolle tres mensaxes fundamentais. En primeiro lugar que hai marxe no ámbito da imposición sobre hidrocarburos (gasóleos e gasolinas), polo menos no longo prazo. Isto basease na relativamente baixa carga fiscal destes produtos no noso país respecto ao noso entorno. En segundo lugar que a experiencia española con impostos enerxético-ambientais, bastante descentralizada, tivo bastantes sombras desde os anos 90: desde impostos aparentemente ambientais que prexudicaban as tecnoloxías limpas a tributos que buscaban eminentemente obxectivos recadatorios. En terceiro lugar, que é posible reformar esta imposición sen elevar a presión fiscal global (isto é, reducindo outros impostos) e innovando neste campo. En particular, cremos que a imposición sobre o uso dos vehículos podería xogar un papel importante no futuro, substituíndo algúns dos tributos que na actualidade gravan este sector e que son relativamente ineficientes. Tamén tiveches un papel moi relevante no Grupo Intergobernamental sobre Cambio Climático da ONU. Como valoras a experiencia? O meu papel foi ser autor principal nun dos capítulos do grupo 3 (mitigación do cambio climático), adicado ás políticas nacionais e subnacionais. Tamén contribuín a que a única xuntanza do grupo en Europa se producise en Vigo. A experiencia foi, en xeral, boa porque te desenvolves cun equipo de xente multidisciplinar e internacional e porque o traballo pode ser especialmente útil para avanzar na aplicación real de futuras políticas climáticas. |
PRAZA_2254 | A directora xeral de Gandería asegura que unhas 4.800 explotacións cobrarán os 300 euros por vaca que o Estado aprobou pola crise dun sector que conta con unhas 9.300 granxas en Galicia. | A Xunta recoñece que máis de 4.000 explotacións gandeiras galegas non poderán acceder ás axudas aprobadas polo Goberno central pola grave crise do sector. Así o deixou claro Patricia Ulloa Alonso, directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias durante a comisión parlamentaria na que prefiriu "darlle a volta ao titular" para destacar que serán 4.800 granxas de Galicia as que cobrarán a axuda dun total de "5.600 en todo o Estado". Tendo en conta que no país hai unhas 9.300 explotacións, practicamente a metade quedarían sen a axuda. Segundo os requrimentos especificados na orde das axudas, en Galicia percibirán as de 300 euros por vaca aquelas explotacións que entre abril e xullo cobrasen o quilo de leite por baixo dos 24,5 céntimos, mentres que en Andalucía, poden beneficiarse dela todas as granxas que tivesen prezos de menos de 31,5 céntimos por litro no mesmo período. Para as axudas de 110 euros por vaca, no país esíxese que neses meses se cobrase menos de 27 céntimos, mentres que en Andalucía poderían cobrar aquelas que tivesen prezos de ata 34 céntimos. "Unha marxinación", segundo os sindicatos agrarios, que censuran unha medida que Unións Agrarias xa levou ante a xustiza. A Xunta di que 4.800 granxas galegas cobrarán as axudas, fronte ás 9.300 que hai no país Mentres Ulloa puxo en valor que Galicia "é a gran gañadora das axudas", a oposición censurou que estas non cheguen a ningún gandeiro galego que cobrase máis de 24,5 céntimos por libro de leite. Para a directora xeral, eses 300 euros por vaca supoñen "catro céntimos máis por litro", ademais de defender que os ratios que se teñen en conta para establecer as axudas son "semellantes en todo o Estado". Non está de acordo niso a deputada do BNG Tereixa Paz, que destacou que os gandeiros en Andalucía son os "grandes beneficiarios" das axudas do acordo lácteo e lembrou que segundo as palabras da propia ex conselleira Rosa Quintana había que pagarlles máis por que tiñan máis problemas par producir, 7 céntimos máis. A parlamentaria suxeriu que, "seguindo a doutrina do PP, esas explotacións habería que pechalas se non son eficientes". O BNG cualifica de "gran calote" o acordo lácteo porque "non garante os custos de produción do leite en Galiza" Ademais, na súa intervención, a deputada nacionalista cualificou de "gran calote" o acordo lácteo e lembrou que foi rexeitado polas diferentes asociacións agrarias e gran número de gandeiros "porque non garante os custos da produción do leite en Galiza e non achega medidas concretas para resolver a grave crise do sector". Tamén respondeu Tereixa Paz á directora xeral de Patricia Ulloa que a axuda de 300 euros por vaca ata un máximo de 10.000 euros por explotación "subvenciona catro céntimos ata 30 vacas" pero das trinta para riba "non subvenciona nada". Ademais, segundo dixo, para todos e todas aqueles que produciron por debaixo dos 24 céntimos "seguen sen garantirse os custos medios por producir leite no noso país". Patricia Ulloa tivo que saír ao paso tamén das dúbidas do PSdeG, que preguntou se esas axudas aos gandeiros do Estado por parte da UE de 25,5 millóns son compatibles con eses 300 euros por vaca. A directora xeral asegurou que "todas" chegarán ás granxas galegas e presumiu das medidas que proximamente a Xunta porá en marcha. Por outra banda, a dirixente da Xunta pediu "deixar que funcione" o acordo lácteo asinado o pasado 23 de setembro e "non facer augurios catastrofistas antes de que comece a andar". Ulloa cualificou de "histórico" o pacto e confiou en que os prezos comecen a subir nos vindeiros meses. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.