ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_21156
Ricardo Cao é membro do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación da Universidade da Coruña. Desde o mes de marzo preside o comité estatal de expertos Acción Matemática contra o Coronavirus, que trata de achegar propostas para paliar o impacto social e sanitario da pandemia de Covid-19.
—O coronavirus axudounos a naturalizar as matemáticas, a entender que están en todo o que nos rodea? A pandemia permitiu que moita xente reflexionase mellor sobre a axuda que representan as matemáticas, tanto para a análise dos datos como para a toma de decisións, que talvez sexa a faceta máis descoñecida por parte do gran público. De feito, teño a sensación de que non se aproveitou toda a potencialidade que había neste sentido, por exemplo, en canto á organización e eficiencia de quendas de traballo; á repartición eficaz, xusta e equitativa de máscaras cando máis escasearon; mesmo á planificación máis efectiva das rutas de recollida de mostras para a realización de tests de anticorpos dentro da poboación, optimizando os tempos e os vehículos dispoñíbeis. Faltou atención ou interese por parte das Administracións para aproveitar toda a capacidade das matemáticas. —Unha das achegas esenciais permitiu explicar o estendido que está o virus entre a poboación. A información á que tivemos acceso grazas ao estudo seroepidemiolóxico realizado en abril, maio e xuño é moi valiosa, e non está dispoñíbel na maioría dos países da nosa contorna. Fíxose coa axuda do Instituto Nacional de Estatística e a colaboración do Comité Español de Matemáticas co obxectivo de coñecer a porcentaxe da poboación que tiña o virus ou padecera a enfermidade. Unha achega fundamental que no mes de xuño nos deu a idea de que se estaban detectando 10% dos casos reais que había, e que agora, serán máis. Por iso o Centro Nacional de Epidemioloxía está tratando de alimentalo de novo con outras tres roldas de toma de mostras. —Aquí participou nun dos primeiros estudos para cuantificar a presenza de virus nas augas residuais da Coruña e contorna. En xuño logramos anticipar un par de semanas os números oficiais de casos activos que despois se deron, polo que o modelo que formulamos se revela como unha ferramenta moi valiosa para traducir a carga viral detectada nas augas residuais en número de persoas infectadas que son portadoras do virus. As matemáticas son moi útiles para valorar escenarios e anticipar que impacto poden conseguir determinadas medidas. Unha experiencia local que se podería estender a outras zonas para determinar que porcentaxe de casos activos se están detectando, a efectividade dos tests ou en que lugares concretos se están producindo repuntas para actuar e tomar as medidas sanitarias pertinentes. É mou útil, ademais, porque este estudo permite unha medida global do conxunto da poboación ao detectar a carga viral tanto das persoas sintomáticas como das que non o son. —As matemáticas poden predicir agora a evolución da pandemia? Poderían facelo, pero para is, a grande escala, teriamos que dispoñer de información moi fiábel de como se están producindo as cousas, sen perder de vista que ese tipo de predicións están moi condicionadas polo tipo de medidas que se adoptan: distanciamento, restricións de mobilidade; o que significa que as autoridades teñen marxe para intervir e condicionar a evolución da pandemia. Neste sentido, as matemáticas son moi útiles para valorar escenarios e anticipar que impacto poden conseguir determinadas medidas, a nivel global e local. —Tense cuestionado moito a calidade, a transparencia e o uso dos datos. Que valoración fai deste tratamento? É un problema complexo, e máis notorio desde que teño a oportunidade de observalo desde dentro. Moitos dos obstáculos que vexo son estruturais. Dunha banda non se lle deu suficiente relevancia á necesidade de datos precisos nin se puxeron os medios para podelos tratar de inmediato. Doutra, o propio procedemento para a obtención dos datos provoca nesgos, involuntarios moitas veces. Así, para os analistas, tan importante como coñecer os datos é saber cal é a súa imperfección para podela corrixir. —Os datos non son perfectos? Case sempre son imperfectos, e esa imperfección ofrece unha información adicional para mellorar as predicións. Neste sentido, é habitual traballar co que denominamos datos censurados, que non son reais ao cen por cento. Fixémolo, por exemplo, para concluír a baixa probabilidade de que os pacientes ingresados en planta acaben na UCI despois de 10 días, un detalle puntual chave para poder planificar os recursos sanitarios que hai que ter previstos. Independentemente da evolución da pandemia, as matemáticas seguirán sendo chave para explicar a Covid-19. Mais as matemáticas permiten outro tipo de prognósticos a curto prazo a partir de ferramentas de clasificación, a estatística, a análise de datos e tamén a intelixencia artificial. Así, en función das evidencias e das características dun doente -sexo, idade, doenzas previas- podemos tratar de predicir o probábel que é que a enfermidade sexa leve ou teña que ingresar na UCI. Loxística da vacinación contra a Covid-19 Independentemente da evolución da pandemia, as matemáticas seguirán sendo chave para explicar a Covid-19 e "cada momento da evolución da enfermidade", defende Ricardo Cao, quen sinala novos obxectivos moi interesantes para o futuro. "Axiña empezaremos a traballar co Centro Nacional de Epidemioloxía para predicir o exceso de mortalidade a partir das incidencias acumuladas, tan en voga; a nivel estatal, pero tamén en ámbitos moi locais". Sen descoidar un escenario no que aínda non deron ningún paso: axudar a definir a estratexia de vacinación contra o coronavirus. "Máis aló do criterio básico das autoridades sanitarias, por onde é mellor comezar: pola poboación máis vulnerábel ou pola que pode infectar moita máis xente? Que pode ter máis efecto de cara ao control da pandemia? As matemáticas poden ofrecer información moi valiosa", conclúe.
NOS_27275
A USC prepara tamén un plan estratéxico de medidas a longo prazo.
O grupo de traballo de estratexia enerxética da Universidade de Santiago de Compostela (USC) referendou, na súa reunión da cuarta feira, as primeiras medidas extraordinarias dirixidas ao aforro e mellora da eficiencia en materia enerxética, que entran en vigor hoxe. O Congreso aproba o decreto enerxético Son propostas para a súa implantación a curto prazo, que se complementarán cun plan estratéxico do que se informará en Consello de Goberno con medidas a medio e longo prazo. A modo de medidas xerais de aforro enerxético, o grupo propón o apagado automático dos equipos informáticos en horario nocturno e en quenda de tarde nos edificios administrativos, programado de maneira centralizada excepto para o persoal en réxime de teletraballo. Transporte, hospitais... Onde se limitará a temperatura e onde non se aplicarán as medidas de aforro enerxético? Tamén se propón a redución da iluminación ambiental e ornamental, sen prexuízo do que sexa necesario por cuestións de seguridade. Como xa se avanzaba na sesión constitutiva do grupo de traballo, prevese iniciar de maneira inmediata o control da temperatura e humidade así como o control e seguimento do uso de aparellos de climatización e a retirada de aparellos de calefacción portátiles. Outras medidas Neste sentido, tamén se instalarán sistemas de medición en todos os edificios que permitan contabilizar o consumo de enerxía. Os edificios administrativos de Santiago e Lugo non terán actividade presencial en quenda de tarde desde o 1 de outubro. O Executivo do Estado español incluirá as Administracións públicas no plan de aforro enerxético Concretamente, esta medida afectaría á Casa da Balconada, o Colexio de San Xerome, servizos administrativos do edificio Cacto en Santiago e Lugo, o Pavillón estudantil, o Pavillón de Servizos, a Unidade de Xestión Académica do Campus Norte, as Vivendas dos Funcionarios e os espazos administrativos do Edificio Intercentros. Ademais, aqueles edificios con horario de apertura de 8 a 22 horas deberán revisar antes do 30 de setembro as franxas de ocupación e comunicarán, de ser posíbel, a reorganización da súa actividade para reducir os períodos de apertura. O aforro enerxético de Pontevedra recoñécese en Europa Entre o 23 de decembro de 2022 e o 9 de xaneiro de 2023, coincidindo co período de vacacións de Nadal, a USC pechará as súas instalacións, desenvolvendo a súa actividade de maneira non presencial. Para a organización do traballo e o desenvolvemento dos labores cotiáns empregaranse as ferramentas corporativas virtuais dispoñíbeis.
NOS_19033
Os deputados nacionalistas Luís Bará e Noas Presas critican un plan marcado "pola improvisación e falta de diálogo cos diferentes axente relacionados" e advirten que os problemas vividos nestes días coa súa posta en andamento poden ir a máis co inicio do curso escolar.
O novo plan de transporte público por estrada elaborado pola Xunta é para o BNG unha "chapuza técnica". Así o cualifican os deputados Luís Bará e Noas Presas, que compareceron esta segunda feira para advertir que os problemas que se viviron nestes días poden ser "o preludio do caos" que se producirá no mes de setembro co comezo do curso escolar. Bará dixo que o novo plan caracterízase "pola improvisación e falta de diálogo cos diferentes axente relacionados cos concellos" o que se plasmou, denunciou, en contratos licitados con carencias e erros. Para o parlamentar nacionalista o motivo disto é a "existencia de intereses ocultos e de beneficiar a grandes empresas", as únicas con posibilidades de presentarse aos contratos mesmo en forma de UTEs. Ademais, lembrou que "non se fixeron públicos os contratos, as adxudicacións nin as baremacións. Os contratos coas novas empresas de transporte foron asinados apenas dous días antes de en vigor as novas liñas, creando non poucos problemas. Denunciou que as empresas licitaron novos contratos "a baixa" impedindo a subrogación dos traballadores e traballadoras. Presas afirmou que as condicións demográficas de Lugo e Ourense están a crear graves problemas de mobilidade, sobre todo cando serán as propias empresas as que fixen os servizos e horarios. A parlamentaria recalcou que o BNG pedirá "unha auditoría dos criterios utilizados para as novas concesións" porque é "un disparate" que unha persoa que acuda dende Trives ao hospital de Valdeorras deba saír as 7 da mañá e retornar as 7 da tarde, "12 horas despois". Os criterios "non foron racionais nin atenden ás necesidades das persoas usuarias".
NOS_9169
O sinistro do avión da compañía Germanwings, filial low cost de Lufthansa, non deixa superviventes.
Un avión Airbus A320 da compañía Germanwins que facía o traxecto entre Barcelona e a cidade alemá de Düsseldorf estrelouse nos Alpes francesas. O voo partira pouco antes das dez da mañá do aeroporto de El Prat, con número 9525, segundo Aena. A bordo do avión irían 144 pasaxeiros e seis membros da tripulación (2 pilotos e 4 axudantes de cabina). Francia indica que 42 pasaxeiros serían de nacionalidade española. A web especializada Flightradar24 perdeu ás 10:39 horas o voo a unha altitude de 2.000 metros de altura. Helicópteros da Xendarmería francesa localizaron o avión cerca de Prads-Haute-Bléone. A 2.400 metros de altitude. O presidente francés, François Hollande, expresou o seu temor a que non haxa supervivientes. Polémica em Twitter A falta de rápida reacción do presidente do goberno español, Mariano Rajoy, nas redes sociais ten provocado certa polémica, nomeadamente ao contrastar co feito polo seu homólogo francés, François Hollande. Eis os últimos chíos respectivos, ás 12.42 horas. Inauguramos el Centro Memorial de Víctimas, casa común de la democracia, libertad y valores. Memoria y homenaje pic.twitter.com/BNSf51qqzB— Mariano Rajoy Brey (@marianorajoy) 24 março 2015 Je veux exprimer aux familles des victimes de cet accident aérien toute ma solidarité. C'est un deuil, une tragédie.— François Hollande (@fhollande) 24 março 2015 O twitter de Rajoy -que finalmente suspendeu a súa axenda oficial en Vitoria, só acordou ás 13.07: Consternado por el accidente aéreo en Los Alpes. Una tragedia. Trabajamos con las autoridades francesas y alemanas en la investigación. MR— Mariano Rajoy Brey (@marianorajoy) 24 março 2015
NOS_16339
O CSIC recibe "260.000 ataques diarios", di o Ministerio de Ciencia e Innovación.
O pasado mes de xullo, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), organismo dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, sufriu un ciberataque. En concreto, durante os días 16 e 17 de xullo sete dos 140 centros dos que dispón quedaron sen conexión á rede. 'Ciberataque' contra o Parlamento con centos de correos antivacinas Así o confirmou esta cuarta feira a ministra de Defensa do Estado español, Margarita Robles, para despois afirmar que a área de criptoloxía do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) recibiu o aviso do ciberataque tan pronto como se tivo constancia do mesmo. Neste sentido, Robles non dubidou en sinalar Rusia como autor do ataque, e engadiu que que forma parte da guerra cibernética que o país está a desenvolver contra a comunidade internacional mentres prosegue o conflito bélico en territorio ucraíno. "A guerra en Ucraína é un enfrontamento entre Rusia e a OTAN" "Igual que Rusia está atacando Ucraína, está empregando outro tipo de armas híbridas, como no caso que nos ocupa", detallou a ministra. Sen perda de información Sobre o ciberataque, o Ministerio de Ciencia e Innovación explicou que se empregou un virus que encripta a información e a "secuestra" para que o autor da incursión poida pedir un rescate por ela. Que sabemos de 'Pegasus'? A espionaxe, en cinco chaves Trátase dun tipo de ataque moi habitual contra organismos institucionais e de investigación. De feito, o ministerio cifra en "260.000 ataques diarios" que sofre o CSIC. No caso desta incursión, o Executivo estatal subliñou que non se detectara a perda de información sensíbel ou que tivese valor en termos de investigación, polo que os centros do CSIC que viron cortada a súa conexión á rede estarían a recuperar a normalidade. PSOE, PP e Vox botan abaixo a comisión de investigación sobre a espionaxe con 'Pegasus' Preguntada pola orixe do ataque, a ministra de Ciencia, Diana Morant, tamén sinalou Rusia, mais evitou vencellar o conflito en Ucraína co ciberataque, e recoñeceu que "será moi difícil saber cal foi a fonte".
NOS_4798
Sindicatos galegos, vascos, cataláns, asturianos e andaluces reuniranse esta segunda feira para preparar unha mobilización na que queren implicar a movementos sociais e cidadáns para poñer couto o austericidio do goberno español.
Varias columnas partindo das nacións e territorios que integran o Estado español e cun mesmo destino: Madrid. Unhas 'marchas pola dignidade' coas que denunciar as "políticas anti-obreiras" do PP e demandar un cambio de modelo "e de réxime". Este é o cerne da iniciativa que esta segunda feira se vai debater en Xixón (Asturies) entre representantes de diferentes sindicatos a convocatoria do SAT andaluz. Ao encontro asistirán delegacións de Galiza (CIG, CUT), Euskal Herria (LAB, ELA, ESK), Catalunya (IAC) e tamén astuianas (Corriente Sindical d'Izquierda). Segundo informa a Central Unitaria de Traballador@s, "a marcha ten previsto chegar a Madrid o 22 de marzo do ano que vén. O chamamento a participar nesta mobilización, que se fará público en base a un decálogo consensuado por todas as organizacións convocantes, basearase na reivindicación común de pórlle freo ás políticas antiobreiras do PP e a esixencia dun cambio de réxime". "Esta mobilización parte dunha proposta feita polo SAT a todos os sindicatos de clase e alternativos, así como aos distintos movementos sociais do estado español de carácter anti-sistémico".
NOS_28322
Pola volta de medio cento de mariñeiros da frota cefalopodeira galega en Mauritania iniciaron esta segunda un peche no concello de Marín para reclamaren o cobro das axudas pactadas tras a súa expulsión deste caladoiro. O BNG transmitiu o seu apoio coa visita do voceiro nacional, Guillerme Vázquez
Medio cento de mariñeiros, armadores e representantes sindicais, pasaron finalmente a noite en dependencias municipais para esixirlle aos responsábeis políticos que cumpran os acordos pactados. Aliás, unha representación dos afectados reuniuse cos voceiros dos distintos grupos municipais para reclamarlles o seu apoio á manifestación que percorrerá as rúas de Marín este venres 14 a apartir das 20.30 horas. Apoio do BNG O voceiro nacional do BNG e a súa responsábel de Pesca, Guillerme Vázquez, e Montse Prado, desprazáronse até o consistorio desta localidade para apoiaren a reivindicación dos mariñeiros. Cómpre lembrar que o 14 de decembro a partir das 20:30 horas, Marín acollerá unha manifestación en defensa de que se cumpran os acordos pactados.
PRAZA_14335
Rajoy e Jorquera celebraron actos na cidade das Burgas, mentres que Pachi Vázquez estivo o venres. Feijoo celebrou un acto na Coruña lonxe do presidente do Goberno central. A detención do alcalde da cidade, os movementos do partido de Mario Conde na provincia ou os millonarios investimentos da Xunta a última hora puxeron Ourense no centro da actividade dos partidos esta fin de semana.
Ourense converteuse esta semana no centro da política española e por suposto galega. A detención do alcalde da cidade, os movementos do partido de Mario Conde na provincia ou os millonarios investimentos da Xunta a última hora puxeron Ourense no centro da actividade dos partidos esta fin de semana. Rajoy e Jorquera celebraron actos na cidade das Burgas este sábado, mentres que Pachi Vázquez estivo o venres. O alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, pasou toda a mañá do sábado declarando nos xulgados de Lugo. A esa mesma hora varios centos de persoas convocadas por twitter e a través das bases do PSdeG-PSOE na cidade concentráronse na Praza Maior en apoio do rexedor. Mariano Rajoy estivo en Ourense, nun acto con militantes do PP na provincia, no que estivo acompañado de Manuel Baltar pero non de Alberto Núñez Feijoo. E é que á mesma hora Feijoo celebraba un acto na Coruña para presentar os candidatos do seu partido na provincia, e lonxe do presidente do Goberno central, co que parece non querer coincidir nesta campaña, consciente de que Rajoy é hoxe máis un lastre que un apoio. O propio Rajoy parece ser tamén consciente diso. E de feito causou moita polémica que a convocatoria vía SMS para o mitin no Hotel Auriense de Ourense incluíse a recomendación de evitar "alertar a persoas que poidan boicotear o acto". Os xornalistas tamén denuncian que non tiveron acceso directo ao discurso e foron recluídos nunha sala de prensa. Se cadra estas precaucións estaban motivadas polas protestas que o venres recibiron a Feijoo na cidade das Burgas: afectados polas preferentes, empregadas e empregados públicos, dependentes, pensionistas e parados concentráronse ante a visita do presidente da Xunta. O PP parece darlle unha grande importancia aos votos de Ourense nestas eleccións, ameazados pola presenza de novos competidores no centro e na dereita e tamén na aparente desafección entre algúns sectores populares, molestos por un suposto maltrato á provincia por parte da Xunta nos últimos tres anos. Non parece casual neste senso que o Consello da Xunta deste xoves se centrase de forma case monotemática en actuacións e proxectos en Ourense. Á cabeza estivo un informe sobre a licitación das obras do bloque de hospitalización do hospital da capital, isto é, un documento sen valor legal ningún que lle permite ao Executivo colocar na axenda informativa do día un proxecto determinado. Non parece casual neste senso que o Consello da Xunta deste xoves se centrase de forma case monotemática en actuacións e proxectos en Ourense Na súa intervención Rajoy centrouse en dúas grandes ideas. A primeira, o perigo que ao seu xuizo supón para Galicia unha oposición formada "pola suma de mil partidos mal avenidos e produto das decisións duns e outros" e cuxo "único punto programático é que non Goberne o PP". Rajoy concluíu que "Galicia non merece ese espectáculo e esa chapuza". A segunda grande mensaxe estaba dirixida a enxalzar o labor dos militantes do partido: "os xenerais son moi importantes, pero sen tropa non se pode facer nada", animando as bases do PP en Ourense a mobilizarse en apoio de Núñez Feijoo. Rajoy quixo mobilizar os militantes do PP de Ourense "os xenerais son moi importantes, pero sen tropa non se pode facer nada" Na Coruña, Feijoo centraba o seu discurso en que o PP representa a "estabilidade" fronte ás divisións "dos partidos que se presentan contra o PP". O popular tamén se referiu a algúns dos candidatos opositores e por exemplo dixo de Pachi Vázquez que é candidato do PSdeG só "porque as eleccións se lles botaron enriba ao seu partido". De Jorquera afirmou que "os galegos o coñecen menos que a Durán i Lleida; e por último cualificou a Beiras, como "prehistórico político con zapatos novos".
NOS_16653
En apenas unha década, a opción maioritaria até entón (o rito católico) pasou no noso país a ser minoritaria. O 67% dos matrimonios son polo civil.
Os matrimonios celebrados exclusivamente pola vía civil son xa o 67% dos que se realizaron en Galiza. Dun total de 8.720 enlaces que houbo no noso país en 2014, 5.856 foron por esta vía fronte a 2.831 (32%) que optou pola vía de celebración católica e 33 (0,4%) que o fixo de acordo cos preceptos 'doutras relixións'. Uns dados que, comparados cos de hai menos de 10 anos, amosan o impartante cambio operado en Galiza en canto a este tipo de cuestións, 'secularizándose' o matrimonio. O 2008 foi o último ano en Galiza no que houbo máis matrimonios celebrados 'pola igrexa' (5.947) que polo civil (4.812). Desde entón, o matrimonio sen oficio relixioso foi aumentano aos poucos até supoñer xa case 7 de cada 10 que se realizan no noso país. En 2010, as unións que se facían polo civil eran o 54% (5.292 dun total de 9.707), e en 2012 xa pasaban ser o 61%. Dous anos despois, a porcentaxe era xa do 67,2%.
NOS_23191
Colectivos sociais lamentan tamén a "excesiva burocracia" para tramitar o Ingreso Mínimo Vital. Desde o Goberno estatal afirman que "hai que revisar a documentación con coidado para asegurar que chega realmente a quen o precisa".
Segundo os datos máis recentes, na Galiza perciben o Ingreso Mínimo Vital (IMV) 13.224 fogares, a metade constituídos por unha única persoa adulta ou cun fillo ou filla ao seu cargo, cunha prestación media de 442,95 euros. "É unha contía moi semellante á da Risga, polo que moitas das beneficiarias (arredor de 10.000) optaron directamente por non solicitar o IMV pola inseguridade xurídica e política, xa que podería suprimirse de mudar o Goberno no Estado", sostén Xosé Cuns, director da Rede Galega contra a Pobreza. Tanto esta entidade como diversos colectivos sociais veñen alertando da dificultade de acceso para solicitalo, ao precisarse conexión á Internet, e da "excesiva demora" nos trámites, xa que na Galiza aínda quedan por resolver 6.847 solicitudes. "Fíxose cunha falta total de coordinación e ás présas, e quen sofren as consecuencias da burocratización son os de sempre, que ven como se atrasan os pagamentos", di Cuns. Sonia González, do Colexio de Educadores e Educadoras Sociais da Galiza (CEESG), apunta que "nin o IMV nin a Risga cobren todas as necesidades das familias de especial consideración", como recolle a lei. "Para moitas persoas non é doado tramitar a solicitude e presentar toda a documentación, levamos moito tempo pedindo que chegue a todas sen tantas trabas burocráticas", expón. Aliás, das 47.883 peticións xa tramitadas foron rexeitadas 27.812. Neste senso, Cuns salienta que a prestación estatal debería procurar "combater non só a pobreza severa, senón tamén a relativa", que padece 20,4% da poboación galega, segundo un recente informe de Oxfam Intermón. "Non pode funcionar unha renda mínima se non atallamos o serio problema de acceso á vivenda que sofren moitas persoas, tanto polos prezos como pola escaseza", explica, e afirma que "debería dar cobertura tamén a quen non tiña acceso á Risga", como as persoas en situación irregular ou as que superan o limiar de ingresos. A este respecto, fontes do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións xustifican a Nós Diario a demora: "Hai que revisar con coidado toda a documentación exixida para asegurar que o IMV chega realmente a quen o precisa, mais agora estamos a axilizar os trámites". Así mesmo, salientan que a maioría das denegacións son consecuencia de "incumprir os criterios de renda, patrimonio ou vulnerabilidade".
PRAZA_12896
Abandona a entidade bancaria, que recibirá un apoio público de entre 7.000 e 10.000 millóns de euros. O PSdeG reclama a Feijóo que pida "un trato igualitario" para Novagalicia.
Rodrigo Rato abandona o barco. O presidente de Bankia e BFA anuncia a súa intención de dimitir dos seus cargos nas dúas entidades e propón a José Ignacio Goirigolzarri, ex conselleiro delegado de BBVA, como o seu substituto. O ex ministro de Economía e máximo dirixente do FMI deixa a entidade xusto unhas horas despois de que o Goberno filtrase que o banco recibirá un apoio público de 7.000 e 10.000 millóns de euros a través do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e tamén de que Rajoy deixara a porta aberta á inxección de cartos públicos nos bancos. Rato deixa Bankia só horas despois de que se filtrase o rescate público da entidade De feito, as filtracións aclaraban que Bankia levará a cabo un profundo plan de saneamento dirixido polo Executivo e o Banco de España e que incluía "cambios organizativos de xestión de alto nivel". Dito e feito. Rato marcha e asegura a través dun comunicado que decide delegar as súas responsabilidades nun novo xestor "por estimar que é o máis conveniente para a entidade" Ademais, Rato repasa na nota escrita en primeira persoa os principais fitos alcanzados por BFA e Bankia desde o seu nomeamento como presidente de Caja Madrid desde xaneiro de 2010. "Afrontamos unha das conxunturas máis críticas que xamais sacudiu ao sistema financeiro español", destacou o aínda presidente da entidade, tras presumir que liderou con éxito "a maior integración financeira de España xunto a outras seis caixas de aforro". O banqueiro que propón Rato para o seu posto é Goirigolzarri, cunha pensión anual do 80% do seu soldo base tras a súa marcha do BBVA, uns 4,28 millóns de euros en 2008. Unha vez cumpra os 65 anos, percibirá 53 millóns de euros asignados polo banco en concepto de xublación. Rajoy xa anunciara pola mañá que habería decisións "importantes" sobre Bankia no vindeiro Consello de Ministros Unhas horas antes de estoupar a crise en Bankia e anunciarse a dimisión de Rato, Mariano Rajoy anunciou nunha entrevista a intención de inxectar diñeiro público nalgunhas entidades financeiras para sanealas, "pero só se fose necesario e en última instancia". Farao. Na mesma conversa, e ao ser preguntado por Bankia, anunciou que o vindeiro venres se aprobarán previsiblemente en Consello de Ministros decisións "importantes". O apoio con cartos públicas á entidade bancaria será de entre 7.000 e 10.000 millóns, segundo diversas fontes, a mesma cantidade que o Goberno anunciou que recortaría en Sanidade e Educación. Os rexeitamentos a este rescate de Bankia non se fixeron agardar. O secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, advertiu que rexeitará ese apoio con diñeiro público "a fondo perdido" e reprochou ao Goberno que non informe ao primeiro partido da oposición dos seus plans para sanear esta entidade. "Ningún pensionista entendería que lle cobren polos seus medicamentos e a continuación haxa diñeiro público para pagar a un banco", dixo en rolda de prensa en Ferraz. "Ninguén entendería que haxa cartos para os bancos e non o haxa para os hospitais e as escolas", engadiu, nin que se regale diñeiro" aos bancos. O PSdeG pide o mesmo trato para NCG Banco que para Bankia En Galicia, o voceiro parlamentario do PsdeG, Abel Losada, pediu "un trato similar" do Goberno con Novagalicia Banco ao que amosa con Bankia. "Pedímoslle ao presidente Feijóo que faga valer o peso político da comunidade autónoma, o peso político propio como abandeirado da ortodoxia económica, para pedir un trato similar", asegurou. "Ante a situación complicada de NCG Banco para buscar apoio e financiamento tanto público como privado, non entenderíamos por que algunhas institucións financeiras si (reciban apoio) e outras non. "Pedímoslle a Feijóo que faga valer o seu peso político para pedir un trato similar a NCG Banco" Ademais, Losada reclamoulle á Xunta "a pervivencia no posible da obra social" de NCG Banco por ser "claramente estratéxica" e di agardar que Feijóo non atope desta vez "algún chivo expiatorio para facer deixación de responsabilidades". Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou que descoñece os termos da proposta de viabilidade para Bankia, pero, tras ser preguntado por se podería un plan similar ser a solución para Novagalicia Banco, respondeu que "a solución para Novagalicia Banco é a que presentan os seus xestores". "Confiamos en que teña o aval das autoridades financeiras europeas e españolas", sentenciou o portavoz popular. Ademais, e tal e como anunica El Economista, NCG decidiu poñer á venda Banco Gallego co obxectivo de atraer o interese dos seus posibles compradores na posible subasta que se producirá despois do verán.
NOS_3178
As vítimas mortais da epidemia da Covid na Galiza soben a 818 despois do pasamento de tres homes na Coruña, en Ferrol e en Verín.
O número de municipios do país en nivel máximo de alerta, o 3, pola pandemia do coronavirus ascendeu este domingo, 18 de outubro, a 12 despois do ingreso no grupo do de Cangas do Morrazo, onde se detectaron máis de 21 casos positivos por PCR nos últimos sete días. Desta maneira, Cangas súmase á lista de 11 municipios en nivel 3 pola incidencia do coronavirus, en que tamén figura a cidade de Ourense e a capital do país, Santiago de Compostela, que rexistran máis de 120 e 112 contaxios, respectivamente, en sete días. Os outros concellos con nivel máximo de alerta pola pandemia por presentar máis de 21 casos confirmados na última semana son A Laracha, Vilagarcía, Ordes, Arteixo, Ames, O Barco de Valdeorras, Verín, Barbadás e O Carballiño. Mentres, en situación 2 ─na cor laranxa do semáforo do mapa de Sanidade─ sitúanse 17 municipios, dos que 11 repiten no mesmo nivel de alerta con respecto á xornada anterior: Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Culleredo, Teo, Poio, Pereiro de Aguiar, Nigrán e Narón. Descenso en Carballo e Tomiño Ademais, súmanse ao nivel 2 os municipios de Vilanova de Arousa, O Porriño e Marín, no suroeste do país, e os de Oleiros, Mesía e Fene, no noroeste. Pola súa banda, Carballo e Tomiño descenden ao nivel 1 e están en cor amarela. En nivel vermello inclúense os municipios de menos de 50.000 habitantes con 21 ou máis casos novos á semana, mentres que no caso dos concellos de máis de 50.000 habitantes estabelécese como corte a detección dunha taxa de 112 ou máis casos á semana por cada 100.000 habitantes. No nivel de cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de Covid á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos. Tres falecementos máis Por outra banda, as vítimas mortais da epidemia do coronavirus na Galiza subiron a 818 despois do pasamento nas últimas horas de tres homes diagnosticados de Covid-19 que estaban ingresados en hospitais da Coruña, Ferrol e Verín. Todos contaban con patoloxías previas. En concreto, o varón falecido no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) tiña 81 anos, mentres que os outros dous, que morreron no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e no hospital comarcal de Verín, tiñan 80. Estas tres vítimas mortais que se produciron no sábado súmanse ás sete comunicadas polas autoridades sanitarias na sexta feira. Ademais, na pasada terza feira morreron un total de 11 persoas, a maior cifra diaria notificada por Sanidade desde o 15 de abril, cando a Consellaría informara de 15 decesos. Con estes tres últimos pasamentos, a cifra total desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 199.
NOS_51600
A multinacional afirma que a venda dunha planta de resíduos de Alcoa en Arkansas forma parte da súa estratexia de desfacerse de "activos non estratéxicos"
A venda dunha planta de resíduos en Arkansas fixo saltar as alarmas na factoría de San Cibrao (Cervo). Desde a empresa aseguran que este "activo" non era unha actividade principal. Fontes da empresa consultadas por Nós Diario aseguran que aínda non tomaron ningunha decisión sobre a factoría galega e insisten na inviabilidade de continuar co actual prezo da enerxía. Afirman, tamén, que agardan poder falar co novo Goberno español nos vindeiros días. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.
NOS_36532
O 2017, 151 aniversario do seu nacemento, si vai ser o auténtico ano Valle-Inclán grazas á liberación de dereitos de autor que deixa sen valor a prohibición da familia de ser representado en galego. Así que o autor arousán será a estrela das táboas neste ano que entra. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos ao respeito no Sermos Galiza 227.
Non foi polas boas pero foi. Logo de décadas de prohibición por parte da familia, os dereitos de autor caducan aos 80 anos do seu pasamento, e a liberación faise efectiva o vindeiro día 1 de xaneiro. Este feito administrativo define a vindeira temporada teatral, que vén protagonizada por textos de Valle: o primeiro espectáculo en estrearse será A cabeza do dragón, a cargo de Producións Excéntricas, dirixido por Quico Cadaval; e a segunda produción será a cargo do CDG, que sairá a escena con dúas pezas da triloxía Martes de Carnaval: A filla do capitán e As galas do defunto. Logo dun ano 2016 no que se celebraba o 150 aniversario do nacemento do autor e que pasou sen pena nin gloria -e desde logo sen ser representado no seu país natal- 2017 vén cheo de Valle. A directora do CDG, Fefa Noia, enfócao desde unha óptica positiva: "Así o 150 aniversario vai durar dous anos. Neste ano falouse e tematizouse Valle dentro do posíbel e, ao ano seguinte, vai ter repercusión na escena. Hai algo de valleinclanesco neste feito, xusto no seu aniversario non podiamos representalo, pero ao ano seguinte si", di entre risos. [Podes ler esta información íntegra no Sermos Galiza 227, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_38393
Os desexos do Goberno galego de incrementar o número de visitantes que chegan a Galiza por mar baten coa realidade dos números. Segundo as estatísticas de Portos do Estado, que agrupa as vinte e oito autoridades portuarias de interese xeral, as cinco dársenas galegas con esa categoría perden cruceiristas: é o segundo dado máis baixo desde hai un lustro.
Desde hai anos a Xunta considera o turismo de cruceiro como un dos polos de actuación importantes para facer medrar o sector turístico na Galiza. Historicamente, o país, malia a súa situación privilexiada do punto de vista das rutas comerciais non foi un destino predilecto para as navieiras transnacionais que se dedican ao movemento de pasaxeiras e pasaxeiros, máis partidarias de escalas en lugares de clima máis cálido. Con todo, na última década tense consolidado un volume de cruceiristas que oscila entre os 280.000 e os 350.000 ao longo do ano nos catro dos cinco portos que rexistran algún tipo de tráfico deste tipo. Coa excepción de Marín-Ría de Pontevedra, onde as escalas de transatlánticos son inexistentes ou, no mellor dos casos, testemuñais, nas outras catro autoridades portuarias de interese xeral -é dicir, aquelas dependentes directamente do Estado-, A Coruña e Vigo, principalmente, e máis lonxe, Ferrol e Vilagarcía, a cifra de pasaxeiros desembarcados nas escalas das navieiras dedicadas a este tipo de turismo experimentou unha evolución certamente irregular. Impacto económico real Fontes do sector apuntan á lentitude coa que mudan os hábitos e as preferencias das navieiras, e en xeral calquera tipo de tráfico portuario, como un dos principais obstáculos para atraer o seu interese. En ocasións, as bonificacións nas taxas de amarre pode ser unha opción, aínda que, por norma, non é Galiza actualmente un destino especialmente apetecíbel. Hai dúbidas tamén a respecto do impacto económico real deste tipo de turismo. En moitas ocasións, o tempo que as pasaxeiras e pasaxeiros teñen para coñecer os lugares que visitan é mínimo e o gasto na hostalería local -a manutención completa está incluída no propio billete- é polo xeral baixo. Noutros casos, os "tours" ofertados polas navieiras son pechados e inclúen visitas a lugares como Compostela, co que a súa estancia na cidade de desembarco é tamén cativa, As cifras revelan, de feito, unha caída, que pode ser conxuntural en función da programación de cada navieira, mais o certo é que a tendencia é ao estancamento. Os últimos datos consolidados, até xuño, rexistran unha caída do 5,3% no primeiro semestre do ano. En 2018, máis de 140.000 turistas estranxeiros visitaran os portos galegos de interese xeral; este ano, a cifra non chega aos 133.000. O deste exercicio é, de feito, o peor dato do último lustro e moi inferior aos 159.000 de 2011 ou os máis de 181.000 que visitaron vía marítima o país o ano seguinte.
NOS_44019
O líder indíxena é o principal favorito nas presidenciais, que probabelmente confirmarán o terceiro mandato do actual presidente, que tamén será o último dun ciclo que iniciou en 2006.
Máis de seis millóns de bolivian@s están chamad@s este domingo ás urnas para unhas eleccións que teñen como gran protagonista ao presidente, Evo Morales, que encara sen rivais o inicio do que, salvo sorpresas, será o seu terceiro e último mandato. @s bolivian@s elixirán a 130 deputad@s e 36 senadores, así como a representantes noutros órganos, nunha xornada marcada pola votación presidencial. Baixo o lema de "Con Evo imos ben", o Movemento ao Socialismo (MAS) atopou a mobilización popular que buscaba. Contra o imperialismo Morales converteuse en xaneiro de 2006 no primeiro presidente indíxena de Bolivia e, oito anos despois, busca bater a marca dos últimos comicios, nos que logrou un 64 por cento dos votos, e renovar a maioría de dous terzos na Asemblea Plurinacional. "Ímoslle a dar un mazazo aos imperialistas e aos neoliberais", proclamou o mércores nun acto de campaña. O mandatario lidera as enquisas con 40 puntos de vantaxe sobre o seu máis directo rival, o empresario Samuel Doria Medina, que se presenta pola Unidade Demócrata (UD). En terceira posición figura o ex-presidente Jorge Quiroga, do Partido Demócrata Cristián (PDC).
PRAZA_13685
A Escola Politécnica Superior de Lugo elaborou, a través do catedrático Antonio Rigueiro e do profesor Rodríguez Guitián, as directrices estratéxicas de actuación para a Serra do Courel, de cara á súa declaración como parque natural. Audio no interior
A Escola Politécnica Superior de Lugo elaborou, a través do catedrático de Produción Vexetal Antonio Rigueiro e do profesor Manuel Antonio Rodríguez Guitián, as directrices estratéxicas de actuación para a Serra do Courel, de cara á súa próxima declaración como parque natural. O traballo foi encargado pola Consellería de Medio Ambiente e xa foi entregado á Xunta. As liñas prioritarias de actuación, para Antonio Rigueiro, pasan por "xerarquizar os investimentos nesta área de cara á conservación dos valores naturais e o patrimonio cultural, ao tempo que se crea emprego, se frea o despoboamento e se incrementan as rendas e o nivel de vida dos habitantes". "Se as cousas se fan ben, a declaración como parque natural traerá maior riqueza para todos os veciños, e tamén traerá a creación de postos de traballo, e iso contribuirá á fixación de poboación", asegura Rigueiro, que pon como exemplo positivo o cercano parque asturiano de Somiedo. Segundo Rigueiro, "estanse dando ou tense previsto dar pasos, prudentes e atinados ao noso entender, como a elaboración destas liñas prioritarias de actuación, medidas encamiñadas á concienciación e sensibilización dos veciños, o Plan Director da Rede Natura, a elaboración do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da serra ou a análise da posible localización do centro de recepción de visitantes e interpretación". Rigueiro salientou que a provincia de Lugo é a única en Galicia que non conta con espazos declarados como parque natural, "e a Serra do Courel, o mesmo que a Serra dos Ancares, merecen esta declaración. Merécena os espazos, e merécena os lucenses", dixo. Beneficios para o hábitat e para os veciños A declaración de parque natural será positiva para a conservación dos valores naturais, culturais e paisaxísticos da Serra do Courel, e tamén contribuirá a crear emprego na zona, fixar poboación e mellorar o nivel de vida dos habitantes A declaración de parque natural será positiva para a conservación dos valores naturais, culturais e paisaxísticos da Serra do Courel, e tamén contribuirá a crear emprego na zona, fixar poboación e mellorar o nivel de vida dos habitantes. Antonio Rigueiro salienta que coa transformación da serra en Parque Natural "haberá algunhas limitacións, pero tamén compensacións: maior número de visitantes e máis demanda para os establecementos de turismo rural, máis investimentos e polo tanto máis emprego, posibles subvencións directas polas limitacións, lucro cesante polo impedimento de cambio de uso de terreos...". Rigueiro engade que "os veciños deben entender que a súa galiña dos ovos de ouro son os valores naturais, paisaxísticos e culturais da serra, e deben ser os primeiros interesados en conservalos". "Os veciños deben entender que a súa galiña dos ovos de ouro son os valores naturais, paisaxísticos e culturais da serra, e deben ser os primeiros interesados en conservalos" Neste momento a zona está ameazada por distintos males, e un dos principais é se cadra a evolución demográfica, o despoboamento e envellecemento da poboación que supón a desagrarización e o abandono das prácticas agrogandeiras, o que pon en perigo ecosistemas, paisaxes e especies asociados á actividade humana. Iso, por non falar dos vertedoiros incontrolados, os incendios forestais, as canteiras e o excesivo número de visitantes a algunhas paraxes. Actuacións concretas Proponse a erradicación de plantas invasoras, a prohibición de poñer en marcha novas canteiras ou parques eólicos, así como actuacións encamiñadas á conservación e mellora da paisaxe O documento entregado á Xunta de Galicia polo equipo de traballo dirixido por Antonio Rigueiro e Manuel Antonio Rodríguez Guitián inclúe unha serie de actuacións concretas, entre as que destaca a creación dun centro de interpretación e recepción de visitantes do futuro parque e centros de información. Segundo Rigueiro, "a nosa proposta é que, se é posible, o centro de interpretación se localice na Estación Científica do Courel da USC, para optimizar recursos e aproveitar as sinerxías entre o centro de interpretación e a estación". Tamén se propón a erradicación de plantas invasoras (como a mimosa), a prohibición de poñer en marcha novas canteiras ou parques eólicos, así como actuacións encamiñadas á conservación e mellora da paisaxe (eliminación de vertedoiros, recuperación de canteiras inactivas, escombreiras e minas abandonadas, reconversión dos piñeirais en masas mixtas con coníferas e frondosas...), especialmente na contorna do tramo do Camiño de Santiago que atravesa a serra.
NOS_9225
Sarria acollerá os actos do 17 de agosto organizados pola entidade. As vítimas do franquismo serán lembradas cunha ofrenda floral, unha conferencia do historiador Rafael García Ferreira e a actuación de Raiceira
A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro e o deputado de Memoria Histórica Efrén Castro presentaron o acto de lembranza e homenaxe ás persoas represaliadas polo franquismo que se celebrará o 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, en Sarria. O acto principiará cunha ofrenda floral no murallón de Santa Mariña, a carón da placa que lembra ás vítimas do franquismo na comarca. A continuación, o historiador Rafael García Ferreira pronunciará unha conferencia baixo o título "O golpe do 36: violencia e perspectiva nacional". A música de Raiceira acompañará a intervención. Na presentación do acto, Efrén Castro avogou pola "institucionalización do 17 de agosto como Día da Galiza Mártir para lembrar a todas as persoas asasinadas e perseguidas polo franquismo en Galiza e render homenaxe a Alexandre Bóveda". Incidiu na "necesidade de desenvolver política públicas dirixidas ao coñecemento da nosa historia e ao fortalecemento dos valores democráticos, para proporcionar verdade, xustiza e reparación a todas as vítimas da represión e as súas familias". "A creación dunha área específica de Memoria Histórica foi un paso adiante para visibilizar e recoñecer ás vítimas. O inicio dun camiño no que imos seguir avanzando ao longo da lexislatura, da man dos colectivos que están a traballar neste ámbito. Nun contexto como o actual, de auxe da ultradereita que nega os crimes do franquismo e ataca dereitos e liberdades, é máis necesario ca nunca pular pola memoria dos que de verdade loitaron pola democracia, non dos falsos heroes da transición", concluíu.
PRAZA_14106
O número de desempregados baixa en 2.931 persoas na comunidade, que acumula un incremento interanual do 14,6% fronte ao 12% do Estado, onde os parados aumentaron en máis de 38.000 no mes de agosto e suman xa 4,62 millóns.
O número de desempregados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego aumentou no Estado en 38.179 persoas, mentres en Galicia descendeu en 2.931 persoas. Así, e segundo os datos facilitados polo antigo Inem, a cifra de parados situouse no conxunto de España en 4.625.634 persoas a finais de agosto, o que supón un aumento do 0,83%, unha suba que acaba coa xeira de oito descensos consecutivos nos últimos meses. Deste xeito, nun ano, desde agosto de 2011, o desemprego incrementouse en case medio millón de persoas no Estado (494.707), o que supón un incremento de case o 12%. Galicia é a autonomía onde máis baixa o paro en agosto, pero o seu incremento interanual é superior á media estatal Por comunidades autónomas, Galicia é o territorio onde máis baixou o desemprego, sendo unha das cinco onde tamén descendeu xunto a Andalucía, Illes Balears, Navarra e A Rioxa. No país, o número de parados descendeu en 2.931 persoas, o que supón unha baixada do -1,13% e sitúa o número total de desempregados en 257.267, cun incremento interanual do 14,55%, case tres puntos superior á media estatal, e 32.685 parados máis desde agosto do ano pasado. Destaca a alta temporalidade do emprego, xa que dos 63.955 contratos subscritos en agosto só un 5,5% foron indefinidos no país, cifras polas que os sindicatos censuran os datos. Por exemplo, a CIG destaca que 107.471 persoas que se atopan no desemprego en Galicia xa non perceben ningún tipo de prestación Por provincias, o paro cae en 13, entre as que destacan Pontevedra (-973), Tenerife (-890) e A Coruña (-710). Aínda así, a subida de agosto, mes no que adoita aumentar o desemprego polo fin da campaña de verán, é menos pronunciada no Estado que a rexistrada hai un ano, cando o paro aumentou en 51.185 persoas, mentres que en 2009, nun contexto de recesión económica semellante ao actual, rexistrouse un incremento de 84.985 desempregados. O incremento do paro no mes de agosto é o menor rexistrado desde o ano 2006, cando aumentou en 28.693 persoas, e sitúase por baixo da media do últimos dez anos. Desde agosto de 2011, o desemprego incrementouse en 494.707 persoas, un 11,98%. A secretaria de Estado de Emprego, Engracia Hidalgo, sinalou que, aínda que é certo que o crecemento do paro é unha mala noticia, debe porse en valor que se trata do menor incremento rexistrado en agosto, tradicionalmente un mes negativo para o emprego, desde o ano 2006, pese ao actual contexto actual de recesión económica. Igualmente, afirmou que os datos dos últimos meses pon de manifesto que se freou o ritmo de crecemento do paro rexistrado. "O Goberno mantén o seu compromiso de impulsar todas as reformas necesarias para favorecer o emprego", subliñou. Afiliados á Seguridade Social Ademais, a Seguridade Social rexistrou en Galicia en agosto un aumento medio de 3.277 afiliados respecto de xullo, o que supón alcanzar os 959.653 cotizantes na comunidade e un aumento intermensual do 0,34%, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Por outra banda, a Seguridade Social rexistrou en agosto un descenso medio de 136.762 afiliados respecto de xullo no Estado, co que se sitúa nun total de 16.895.977 ocupados e rompe a tendencia á alza dos últimos cinco meses. Este dato racha coa tendencia do últimos cinco meses, nos que se rexistraron ganancias de afiliados, segundo as estatísticas feitas públicas hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Xullo representou a quinta subida consecutiva tras as lograda en marzo, abril e maio, cando se rexistraron 5.419, 16.549 e 77.431 altas ao sistema, respectivamente, e despues da de xuño, mes no que sumou 31.332 afiliados e superou os 17 millóns por primeira vez no ano. En termos interanuais, a Seguridade Social reduciu en agosto o seu número de cotizantes en 604.541 persoas (-3,45%), aproximadamente a metade da caída de agosto de 2009, con 1.136.246 traballadores (-5,94%).
NOS_11786
O Ministerio de Sanidade elaborou unha nova proposta de medidas contra o coronavirus de cara á 'nova normalidade' para as comunidades autónomas, despois de que Galiza, Euskadi, Catalunya, Madrid, Andalucía e Murcia rexeitaran o informe aprobado a pasada cuarta feira no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), no que se permite unha relaxación de medidas e unha maior flexibilidade do lecer nocturno.
En concreto, no borrador da proposta, á que tivo acceso Europa Press e que vai ser debatida e analizada esta terza feira na Comisión de Saúde Pública, o departamento que dirixe Carolina Darias propón permitir aos locais e discotecas abrir até as 2 horas, con posibilidade de ampliar o horario até as 3 horas, naqueles territorios con niveis de alerta 1 e 2 de coronavirus, aínda que até agora só se permite facelo nas zonas situadas no primeiro nivel. En ambos os niveis estabelécese que non se poderá superar unha capacidade máxima do 50% no interior do local, e que as terrazas ao aire libre destes estabelecementos poderán ocupar a totalidade das mesas permitidas sempre asegurando a distancia entre cadeiras das diferentes mesas de 1,5 metros. Ademais, o documento suprime tamén o achegado do documento aprobado no CISNS, e publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), no que se fixaban restricións á hostalaría consistentes nunha capacidade máxima do 50%, un límite de seis persoas por mesa e un horario de fechamento á 1 horas. Finalmente, Sanidade engade que se revisarán e flexibilizarán as medidas coa evolución da pandemia. Reaccións da Xunta O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, reivindicou a xestión das autonomías contra a Covid-19 fronte a un Goberno estatal "desaparecido" salvo "algunha entrada ou saída sorprendente" e, co foco na recente marcha atrás do Ministerio de Sanidade sobre as restricións para a hostalaría e o lecer. Un día despois de avanzar que a Xunta podería acudir ao Tribunal Constitucional se o Ministerio non rectificaba as medidas e despois de transcender que este traballa nun novo documento para expor ás comunidades, o presidente galego volveu cargar contra a xestión da pandemia por parte do Executivo de Pedro Sánchez.
PRAZA_17299
No mes de marzo deste ano celebrouse un plenario de En Marea sobre municipalismo onde as inscritas decidimos o papel que xogaría o partido instrumental nas citadas eleccións.
Cando naceu En Marea fíxoo como un proxecto político de adscrición individual, non como un partido clásico nin como unha coalición de partidos, porque entendíamos que ditos partidos en todo caso deberan ser "motores auxiliares", non actores principais. En Marea naceu así como unha emenda á totalidade aos pactos cupulares nos que as organizacións partidarias se autodenominaban como a "Unidade Popular" cando realmente o "pobo" sempre pintou pouco ou nada neses acordos. Esta fórmula non era nova, foi simplemente a plasmación a nivel nacional do que xa acontecera en moitos concellos do país no ano 2015, cando ducias de candidaturas municipalistas ocuparon o espazo que deixaran vacante as cúpulas partidarias servindo de ferramenta á xente do común par asaltar as institucións. Mais non se pode vertebrar unha alternativa de cambio real a nivel nacional limitándose unicamente ao ámbito municipal. Quedaba por diante o reto de unir ese conglomerado municipalista e, ca máxima de respectar sempre a independencia do local, ser quen de artellar un espazo de colaboración de ámbito galego. Dito espazo instrumental non podía quedarse nunha mera marca electoral, senón que debía retroalimentar e ser o nexo de unión entre as candidaturas municipalistas favorecendo o xurdimento de sinerxias que permitisen a unhas apoiarse noutras, empoderarse para ser quen de consolidar e sobre todo ampliar o espazo do cambio polo resto dos concellos do país. Con estes antecedentes no mes de marzo deste ano celebrouse un plenario de En Marea sobre municipalismo onde as inscritas decidimos o papel que xogaría o partido instrumental nas citadas eleccións. Estes comicios serían a oportunidade para consolidar, afondar e estender territorialmente o espazo de cambio para o país, oportunidade construída de abaixo arriba, pondo ás persoas no centro das políticas, traballando a prol das maiorías sociais dende a idea de unidade popular para acadar o ben común. Nese plenario acordouse que o espazo instrumental de En Marea, creado a imaxe e semellanza desas mareas municipais, retribuíse politicamente ás mesmas creando un "paraugas político instrumental" que prestase apoio loxístico, económico e de coordinación, visibilizándoas como candidaturas do espazo político común que é En Marea e tentando pular tamén por disputarlle o espazo institucional das deputacións á dereita. Acordamos que ese paraugas fose o espazo que vertebre a suma de esforzos para espallar polo país o cambio que precisamos, sendo o lugar de encontro de todas as que traballamos a prol de recuperar a ilusión dende o municipal. Acordouse desenvolver un traballo conxunto, baseado no diálogo, a fraternidade, a radicalidade democrática dende novas formas de relación política que teñan o respecto e a autonomía das mareas locais como esencia, e baseado tamén na bidireccionalidade nas relacións coas mesmas. Fronte a este panorama, observamos estes días como hai quen prefire a unilateralidade (nomeadamente, cupular) fronte á bidireccionalidade, actuación bastante cuestionable para quen se autonomea adalide da nova política. E é que hai organizacións ás que non lles gusta someterse á democracia radical das persoas e prefiren os atallos partidistas para "manexar o barco" a toda costa (a costa incluso, dos acordos asemblearios tomados polas inscritas), organizacións que agora mostran a súa verdadeira faciana. Así, estes días puidemos comprobar cómo Podemos, IU e EQUO decidiron, unilateralmente dende Madrid, ir en coalición ás eleccións de 2019. Algo perfectamente lexítimo senón fose pola pretensión de impoñer tamén ese acordo ás candidaturas municipais, roubando vilmente, con nocturnidade e aleivosía o traballo feito durante todos estes anos por estas e usándoas de trampolín para os seus obxectivos electoralistas. As candidaturas vense, deste xeito, na obriga, so pena de non ser bendecidas por esta Santa Trinidade partidista, de ceder a súa marca e o seu traballo para ser empregadas como mera propaganda electoralista por organizacións que en moitos casos non moveron un só dedo por elas. Ademais, aproveitando que o Miño pasa por Ourense, tanto a Carmen Santos (Secretaria Xeral de Podemos Galicia) como Eva Solla (Coordinadora de Esquerda Unida), non lles faltou tempo para volver cuestionar o proxecto de En Marea, espazo do que forman parte, ou non, segundo mellor lles conveña aos seus intereses (ou segundo por ónde lles dea o aire), porque é moito mais sinxelo que pensar nas inscritas, nas maiorías sociais e na unidade popular real. Tal é así que, sumándose as saídas de tono que a dirixente de Podemos Galicia acostuma a adicarlle ao espazo, as dirixentes de Esquerda Unida en rolda de prensa tiveron a deslealdade de calificar como "partido ornamental" a En Marea, declarando que EU porá as súas estruturas municipais á disposición de Podemos para acadar candidaturas conxuntas alí onde non se acate o acordo do trío de Madrid. Un ataque en toda regra á liña de flotación da base e do sentido da unidade popular en Galicia que son as mareas municipais. Ademais non tiveron o mais mínimo rubor en dicir que nunca apoiaron a creación dun partido instrumental, cando ambos (Eva Solla e Rubén Pérez) formaron parte da 1ª coordinadora de En Marea e votaron a favor do seu documento de organización onde xa no parágrafo inicial se define a organización como "partido instrumental de participación individual". Compárese isto ca proposta de En Marea de colaboración desinteresada con tódalas mareas, mesmo aínda abrindo a porta a tecer redes con aquelas que non se sumen ao paraugas instrumental. Vese aquí claramente a diferenza entre quen ten obxectivos políticos e obxectivos partidistas. Todo o antes exposto pódese resumir como a loita da democracia radical fronte ao despotismo ilustrado dos partidos e as súas dirixentes, para as que o "todo para el pueblo, pero sin el pueblo" sempre será o máis acaído aos seus intereses. Pero para estas cúpulas hai algo esencial que non teñen en conta ao falar de En Marea e das mareas municipais: ás inscritas. Porque no espazo de ruptura son as inscritas as que deciden o qué queren e cómo. Á xente que deixou o seu esforzo por construír este espazo non lles valen os acordos unilaterais, non lles valen apropiacións indebidas nin impostas do seu traballo. Por moito que se esforcen en denostar e en desprestixiar ás que non acaten as súas decisións cupulares, mesmo chegando ao desprezo coa denominación que fan de "ornamental" á organización pola que elas chegaron a onde están (enténdase, ó Grupo Parlamentar de En Marea), a xente, a protagonista real da unidade popular, vai dar a batalla. Porque viñemos a mudalo todo, o fondo e as formas, imos tamén a decidilo todo, e non nos imos a resignar fronte aos intereses particulares de ninguén.
NOS_18626
O país asiático vota este outono. O Partido Liberal Democrático leva gobernando case sen interrupción no Xapón desde 1955. Neste tempo o país viviu un crecemento económico que o levou a ser unha das maiores economías do mundo. Porén, as políticas antes exitosas para todos agora sono cada vez máis só para uns poucos. Os menos, os que xa máis tiñan.
Sumadas, a inestabilidade económica e a emerxencia sanitaria deixan aberta por vez primeira en máis de medio século unha pequena fiestra ─non máis que unha físgoa─ para que a esquerda acabe coa hexemonía da dereita no Xapón, que a máis tardar o próximo 28 de novembro elixirá os seus representantes parlamentarios. Desde a súa fundación en 1955, o Partido Liberal Democrático (PLD, monárquico de dereitas) goberna o Xapón case ininterrompidamente. Tan só entre 1993 e 1994 e de novo entre 2009 e 2012 cedeu o poder: no primeiro período ao Partido Novo, unha formación tamén conservadora que conseguiu liderar apenas durante uns meses unha coalición de oito partidos; no segundo, o Partido Democrático (PD) impúxose por vez primeira nuns comicios desde a fin da II Guerra Mundial, mais o desastre de Fukushima, o 11 de marzo de 2011, levouno por diante. O PD, que se desintegrou en 2016, tamén transitaba entre o centro e a dereita. Segundo a clasificación que fan o Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial (BM), o Xapón é tras os Estados Unidos e a China o terceiro país con maior Produto Interior Bruto (PIB) do mundo (cuarto, contabilizando a UE). A industria tecnolóxica ou a automobilística levaron o país a altas cotas de riqueza. Porén, a burbulla financeira e inmobiliaria de finais da década de 1980 trouxo a partir de 1991 a chamada "década perdida". As consecuentes crises que afectaron o sistema capitalista mundial no século XXI arrástranse até hoxe, até o universo Covid-19. A esquerda coalígase A situación fixo que Yoshihide Suga, primeiro ministro nipón, presentase o pasado 3 de setembro a súa renuncia a liderar o país e o PLD. Un panorama que levou o principal partido da oposición, o Partido Democrático Constitucional (PDC, centroesquerda), a asinar un acordo co Partido Comunista (PC, cuarta forza no Parlamento), co Partido Socialdemócrata (PS), e con Reiwa Shinsengumio (esquerda antisistema) para crear unha fronte electoral común. A ONG Alianza Civil pola Paz e o Constitucionalismo tamén fai parte do acordo presentado na pasada cuarta feira, segundo informou o xornal nipón Nikkei. Entre as medidas que propugna a coalición de esquerdas están a igualdade entre sexos, a transición a unha sociedade libre de combustíbeis fósiles e a transparencia. Tamén, a defensa da Constitución, que consideran foi conculcada coa lei de seguridade nacional introducida coa pandemia e que ─din─ ataca dereitos civís. Mais como ariete do seu programa electoral está a redución das disparidades económicas entre a cidadanía. De acordo cos últimos datos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento (OCDE), a taxa de pobreza no Xapón é de 15,7%, das máis altas entre as grandes economías. Ademais, malia que o desemprego segue a ser baixo, a porcentaxe de temporalidade aumentou nas últimas dúas décadas. No último ano, o paro medrou un punto porcentual, como tamén un punto medrou a taxa de suicidios, nun país cunha ampla cobertura social mais que ten difícil sostela polo progresivo envellecemento da poboación. A coalición de esquerdas comprometeuse a desenvolver un sistema impositivo máis xusto para a maioría da poboación, recortando o IVE e facendo que os máis ricos paguen máis. Agardando polo "goteo" No Xapón, baixo a doutrina do popular primeiro ministro Shinzo Abe (2012-2020), levouse a cabo un proceso de desregulación financeira. A idea era que as empresas pagasen menos impostos para que a través da "teoría do goteo", as clases populares acabasen por beneficiarse da bonanza das adiñeiradas. Porén, o resultado foi que na actualidade os ricos son máis ricos e as clases medias están a desaparecer. Non o di a esquerda. Recoñéceo un dos candidatos a suceder a Suga. Fumio Kishida, ex ministro de Exteriores, presentou na cuarta feira o seu programa económico, onde defendeu a enésima refundación do capitalismo. "Sen distribución de riqueza non haberá un aumento do consumo e da demanda... non haberá máis crecemento", afirmou, e malia gabar os logros económicos de Abe asumiu que "o goteo aínda non se deu", segundo recolleu o xornal Mainichi Shimbun. O 29 de setembro o PLD elixirá o substituto ou substituta de Suga. Ademais de Kishida, ex ministro de Exteriores (2012-2017), tamén se postulou Sanae Takaichi, ex ministra do Interior (2019-2020). Ambos os dous, como Abe, están afiliados á organización ultraconservadora Nippon Kaigi, negacionista dos crimes de guerra contra a China e que se opón a igualdade entre sexos e aos dereitos LGTB. Hoxe, segundo informou Kyodo, está previsto que tamén presente oficialmente a súa candidatura Taro Kono, actual ministro de Vacinación, moi activo en redes sociais e popular entre a cidadanía por, entre outras cousas, avogar pola cancelación dos Xogos Olímpicos para evitar riscos coa Covid-19. A axencia de noticias nipoa publicou o pasado domingo unha enquisa que o coloca como favorito, con 31,9%. O próximo líder do PLD será tamén, se a pequena fiestra non se abre algo máis, o próximo primeiro ministro do Xapón. O dispar reparto da riqueza impulsa a esquerda en Noruega As enquisas de opinión sitúan o Partido Laborista, actualmente na oposición, no camiño a desbancar do Executivo de Noruega a coalición de dereitas que lidera a primeira ministra Erna Solberg. Non obstante, precisará doutras formacións de esquerda para gobernar. Dous temas centran o debate público de cara ás eleccións desta segunda feira nun dos dez países con maior PIB per capita do mundo: a crise climática (é o maior produtor e exportador de petróleo e gas de Europa occidental) e a desigualdade crecente entre ricos e pobres: a taxa de crianzas que viven en fogares con baixos ingresos medrou de pouco máis de 3% en 2001 a case 12% en 2019, segundo o instituto estatístico noruegués; e mentres que os salarios se estancaron, o prezo da vivenda multiplicouse por seis nas últimas tres décadas.
PRAZA_15620
O presidente da Xunta aproveita a súa mensaxe de fin de ano para erixir a súa xestión económica en "paradigma" para o Estado e augura que "máis cedo que tarde" o seu Executivo vai "lograr" reducir o desemprego. Vídeo íntegro no interior.
Novo horario e novo escenario para unha vella reclamación. O presidente da Xunta trasladou neste 2012 a súa mensaxe de fin de ano da noite ao mediodía, máis proclive para os horarios mediáticos, e dos seu anteriores emprazamentos -a residencia oficial de Monte Pío e a Cidade da Cultura- á casa na que Rosalía de Castro viviu nos seus derradeiros anos, en Padrón, á que o presidente se refire como "casa natal" da autora aínda que esta naceu en Santiago. Despois dun ano no que os grupos da oposición tentaron, sen éxito, lograr recoñecementos oficiais para a poeta como un día escolar dedicado á súa figura Alberto Núñez Feijóo pronunciou o seu discurso dende a Casa da Matanza para "lembrar que o ano próximo se cumprirá o 150 aniversario de Cantares gallegos" e, dende alí, reclamarlles "unidade" a eses mesmos grupos políticos. Rosalía, di Feijóo, retratou unha "negra sombra" que "quedou para sempre como símbolo da fonda amargura dun tempo no que Galicia aparecía escurecida". As "negras sombras do noso presente", segundo o xefe do Goberno galego, "teñen enfronte á sociedade galega", "unida polos vencellos da concertación, a cooperación e o entendemento". Nun contexto no que "quero agradecerlle sinceramente que renovasen a confianza no noso proxecto -en referencia ao resultado electoral do 21 de outubro-" Feijóo presenta ante a cidadanía o seu modelo económico como referencia estatal en "eficiencia e disciplina" económica. "Por que non facer de Galicia un paradigma de unidade política?", pregúntase. "Por que non facer de Galicia un paradigma de unidade política?", pregúntase Segundo Feijóo esa "unidade" é "demandada polos cidadáns, tamén para saír adiante" na crise e por iso asegura ter a "esperanza" de poder "defender Galicia" cada vez "con máis achegas e colaboración do resto de forzas, especialmente do principal partido da oposición", afirma, repetindo así a chiscadela cara ao PSdeG que xa lanzara durante o debate de investidura. "Cara a fóra Galicia é unha comunidade estable, con rumbo seguro e horizonte certo, que camiña ao carón de España e Europa", proclama, polo que "cara a dentro" debe ser "unha gran familia unida polos problemas e as solucións. "A galeguidade é unha man tendida ao galego que temos ao noso lado e aos que comparten con nós unha mesma visión do progreso e da liberdade", asegura. Paro e Galicia "emigrante" Co país batendo récords de desemprego Feijóo asegura saber, no remate do ano, que "cada paisano sen emprego supón unha traxedia individual, pero é algo que nos afecta a todos e a todos nos obriga a buscar respostas". "Eses galegos", di, están xa "presentes en todas as decisións" do seu Goberno e por iso "máis cedo que tarde lograremos entre todos cambiar a situación". "Recalco que debe ser entre todos", subliña, porque "houbo un tempo no que a defensa do ideal colectivo era reservado a poetas como Rosalía" pero "hoxe todos podemos defender Galicia, cadaquén dende as súas responsabilidades". "Máis cedo que tarde lograremos cambiar a situación", di sobre o paro Neste contexto, e dende o convencemento de que a súa xestión é xa un referente por "afrontar as dificultades con máis anticipación que outras comunidades", o xefe do Executivo asegura que a súa descrición de Galicia "faise presente" tamén "no exterior", onde se observa que "o noso país mestura tradición e modernidade". "Somos o emigrante capaz de compartir a fidelidade á súa terra de orixe co compromiso coa terra de adopción", pero tameń "a gran empresa que compite e é fiable" ou "o pobo que logrou manter os seus servizos públicos malia á incerteza xeralizada da nación española". O ano 2013, sempre segundo a versión presidencial, será "o tempo para empezar a rexurdir".
NOS_55746
As gravacións do comisario xubilado da Policía José Manuel Villarejo batuxan tamén o imperio galego Inditex. Veñen de coñecerse os audios dunha conversa entre el e un dos seus colaboradores na que se fala de se había "trapos suxos" que utilizar contra Pablo Isla, recentemente nomeado, en 2005, conselleiro delegado da multinacional. Ao parecer, "alguén de Zara" se interesara por esta posibilidade. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no número 325 de Sermos Galiza.
O ano 2005 foi especialmente convulso na cúpula de Inditex. O imperio téxtil de Amancio Ortega mantiña unha evolución expansiva nos mercados internacionais e os medios de comunicación informaban dos movementos do fundador de Zara xunto con outros empresarios galegos para se facer co control de Unión Fenosa. En febreiro dese ano dimitiu logo de máis de dúas décadas no xigante téxtil o seu sobriño político, o empresario ourensán Juan Carlos Rodríguez Cebrián, naquela altura director xeral da compañía. Apenas tres meses despois, en maio, Pablo Isla foi nomeado conselleiro delegado, cargo ao que sumaría, no mes de setembro, o de vicepresidente primeiro tras a demisión de José María Castellano, man dereita de Ortega durante a primeira etapa de expansión de Inditex. Nese turbulento contexto, o hoxe célebre comisario xubilado José Manuel Villarejo gravou unha conversa con Enrique García Castaño, colega de profesión que, segundo a Fiscalía Anticorrupción, integraba o "clan policial mafioso" encabezado polo propio Villarejo. A conversa, que reproduce o dixital vozpopuli.com, foi gravada o 15 de maio de 2005, apenas uns días despois de que Pablo Isla asumira o cargo de conselleiro delegado dun dos emporios máis grandes do mundo. Na conversa, García Castaño aseguraba que "alguén de Zara" se puxera en contacto con el para preguntarlle se coñecía trapos suxos de Isla. "Sóache Pablo Isla, presidente de Altadis? –a tabacaleira que dirixiu nos primeiros anos do século–. É que me preguntaron os de Zara. Nomeárono para Inditex. Entón, dime o de Zara: Hai algo?". Nese punto, como se recolle no audio, Villarejo pregunta: "En contra de… había algo?". Porén, di non lembrar que había en contra de Pablo Isla, ao que García Castaño responde: "Si, algunha cousa rara, ou algunha cousa que poidan sacar punta ou algo. Eu teño feito memoria das cousas e non hai nada". Aínda así, o comisario insiste: "Había algo. Había algo dun trapicheo. Polo visto, o de Zara anda fundamentalmente organizando o tema de como investir toda a pasta que ten fóra". García Castaño agrega nese momento que "queren duplicar Inditex en cinco ano e por iso o nomearon", en referencia a Pablo Isla. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 325 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_37123
Dentón, caruncho, cornecello, grao de corvo, dente de can, cornizó. Un fungo que lle medra ao centeo. Ademais, a semente da que derivou o LSD. E o núcleo de non poucos usos aplicados na industria farmacéutica. Protagonista dunha historia apenas coñecida, que incluíu a febre por recollelo e a especulación mercantil, o claviceps purpurea centra o novo proxecto documental de Illa Bufarda.
Ninguén parece lembrar o dentón. E, porén, ao preguntarllo a persoas de máis de 70 anos, todo o mundo sabe de que se trata. Esa é polo menos a experiencia de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, as cineastas que investigan a materia e que veñen de activar un web de micromecenado (goteo.cc/odenton) e presentar a iniciativa no Museo do Pobo Galego. "A idea orixinaria do filme naceu un día calquera", relatan vía telefónica a Sermos Galiza, "cando a nosa compañeira de piso chegou e dixo que a súa avoa traficara con LSD. A nosa cara foi de incredulidade, claro". Un terzo de esaxeración, un terzo de brincadeira, un terzo de verdade, a compañeira de piso referíase ao dentón ou caruncho, un dos elementos a partir dos que, a finais dos anos 30, o químico suízo Albert Hoffman sintetizou o ácido lisérxico ou LSD. O pasado galego da revolta psicodélica, poderían titular. Mais Iglesias e Villanueva decidiron afondar. Descubriron que o fungo claviceps purpurea co que comerciaba aquela señora era un ingrediente fundamental da medicina tradicional. Tamén da obstetricia. E que estaba relacionado coa riqueza das materiais primas. "Fixemos entrevistas con grupos de persoas e, malia ser un tema moi descoñecido, vimos que case todas as persoas con máis de 70 anos tiveran experiencias co dentón". A importancia das súas cualidades farmacolóxicas foron o maior achado nesta primeira fase de documentación para O dentón -así se titulará a obra. Como esa pequena protuberancia escura que agroma en espigas de centeo serviu de base a Zeltia, a gran empresa farmacéutica galega, certifícao. Útil para contribuír aos partos e evitar as hemorraxias posteriores, ou para combater as xaquecas, del fabricáronse medicamentos. A febre do cornizó "Nos anos 50 houbo unha febre do dentón por causa de que fallou o subministro ruso", falan. Chegaron a se pagar mil pesetas [seis euros] da época por quilogramo. Os prezos galegos podían influír, explican, no Xapón ou en California. Mais a querenza polo fungo, abondoso en Galiza por ser o país territorio centeeiro -especialmente o interior-, remitiu. Os motivos foron varios. "O trigo substituíu o centeo, que antes era moi maioritario", expoñen Iglesias e Villanueva, "pero mesmo no centeo ás veces sae o dentón e ás veces non. A humidade, as mudanzas no clima, inflúen. Tamén depende, como nos contaron en Sandiás, de que semente se emprega". A industria farmacéutica tampouco o precisa como o precisou, porque xa o sintetiza en laboratorio. Queda apenas a memoria dun produto cuxas implicacións sociais e económicas explorará o documentario da produtora Illa Bufarda. Unha vez completado o financiamento (goteo.cc/odenton), o seu plan é rodar durante o verán e estrear o filme en 2020.
NOS_5980
A decisión da dirección do PSdeG de facer coincidir as primarias coa escolla das candidaturas nas cidades, referendada por Ferraz, non estivo exenta de críticas no interior do partido. Quen as verbalizou fóra, no seu Facebook, foi o parlamentar Juan Díaz Villoslada, dirixente próximo a Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña e líder do partido nesa provincia. En todo caso, nada indica que desde a contorna de Formoso, crítico con Caballero, se vaia promover unha candidatura alternativa.
O prazo de inscrición de precandidaturas ás primarias para a elección do candidato ou candidata do PSdeG á presidencia da Xunta conclúe esta terza feira ás 19 horas. O máis probábel é que só se apresente Gonzalo Caballero, quen formalizou a súa opción esta segunda feira. Os indicios de que se dispón neste momento permiten afirmar que o sector liderado por Valentín González Formoso opta por non dar a batalla, nomeadamente após Ferraz ter referendado o movimento orgánico de Caballero. Caballero dá así un paso practicamente decisivo para a consolidación da súa lideranza, mais continúa sen pór data á súa incorporación ao Pazo do Hórreo. Segundo puido saber Sermos, desde hai meses dirixentes próximos a González Formoso presionan Caballero para que aterre no Parlamento de Galiza (para iso sería precisa a demisión dun deputado eleito pola provincia de Pontevedra e o corrimento desta lista), sen obter ningún compromiso do secretario xeral ao respeito. Esta segunda feira, e interpelado ao respeito pola imprensa, o virtual candidato do PSdeG á presidencia da Xunta voltou a mostrar a súa falta de entusiasmo por relevar Xaquín Fernández Leiceaga —con quen pactou para derrotar Villoslada nas primarias internas á secretaría xeral da formación— á fronte do grupo parlamentar no Hórreo. "Non quero fechar prazos [para a súa incorporación] porque hai que deixar que as cousas se vaian desenvolvendo con normalidade, cando se dean as circunstancias para que quen é o secretario xeral, sendo tamén candidato se así o deciden os militantes, tome posesión [do escano]". Sobre as críticas formuladas por Díaz Villoslada, Caballero apelou ao aval que recibiu de Madrid: "A Comisión Executiva Federal aprobou os calendarios porque é o órgao competente e non hai mellor forma de dar participación e liberdade que abrir as ventás e deixar que os militantes falen nas urnas". Canto ao proxecto que apresenta a estas primarias, indicou que a súa pretensión é facer un "PSdeG forte" e "capaz de liderar unha alternativa fronte ao PP e fronte a Feixoo". Caballero vendeu optimismo. Tal e como el o ve, "o PP sabe que non está en situación de referendar as maiorías absolutas que tivo Feixoo en tres ocasións".
NOS_24565
O goberno helvético anuncia que non extraditaría Anna Gabriel, caso de receber unha petición expresa española nese sentido, porque a súa lexislación non contempla a entrega de persoas a outros estados cando se trata de delitos políticos. É un duro golpe para Madrid.
A extradición está excluída por razóns políticas e só é de aplicación cando concorren circunstancias de violencia, como nos casos de xenocidio ou crimes de guerra ou contra a humanidade, avanzou este mediodía Folco Galli, portavoz do Departamento de Xustiza de Suíza, quen apelou o artigo 3 da lei Federal helvética sobre asistencia mutua internacional en materia penal. A entrega de Anna Gabriel -a ex parlamentar da CUP declarou esta segunda feira que avaliaba a hipótese de demandar asilo político a Suíza- non ten visos de se materializar embora a lexislación helvética si contempla a existencia de crimes contra o Estado e a defensa nacional. "A cuestión decisiva é a de que se trata dun delito político, polo cal, de acordo co convenio europeu sobre extradición e as leis suízas, se exclúe" da listaxe de casos susceptíbeis de aplicación da norma que permitiría a posta de Gabriel a disposición das autoridades españolas. Mentres tanto, e perante a anunciada incomparecencia de Gabriel esta cuarta feira na súa citación perante o Tribunal Supremo, o xuíz Pablo Llarena ditou unha orde nacional (sic) de detención contra a soberanista, paso previo para instar a súa extradición.
NOS_5445
A especulación está detrás de moitas operacións no ámbito das renovábeis. Neste sentido, entidades financeiras e compañías eléctricas teñen advertido do risco destes investimentos. Abanca está lanzada nesta área de negocio cunha exposición de mercado que xa supera os 620 millóns de euros.
Os avisos sobre os riscos no negocio das renovábeis chegan desde diversas frontes. O banco de investimentos estadounidense Goldman Sachs adiantaba en marzo deste ano a eclosión dunha burbulla ligada á enerxía solar, eólica e mariña, como consecuencia das urxencias marcadas polos obxectivos do cambio climático e do desembarco dos grandes fondos nesta área da actividade. Na mesma liña, pero desde unha posición doutrinal diferente, o economista crítico australiano Steve Keen non dubidaba en cualificar o denominado New Green Deal e a aposta polas enerxías verdes como "unha grande operación especulativa, característica da etapa do capitalismo financeirizado". Unha parte dos directivos das corporacións eléctricas téñense manifestado nese sentido. Así, o conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, denomina de "burbulla" a saída nos últimos tempos de determinados operadores aos mercados como vía "para extraer valor a curto prazo coas renovábeis". Nun sentido semellante, un consultor do sector eléctrico que quere gardar o seu anonimato sinala a Nós Diario que "saír ao mercado é a forma máis fácil e barata que teñen as compañías deste sector para financiarse. Con todo, os procesos para executar os proxectos teñen un alto custo e levan tempo. Ademais unha parte moi importante dos megawatts previstos non van chegar a desenvolverse". A caída en bolsa das renovábeis As respostas das bolsas apuntan na mesma dirección. Ecoener, a compañía galega de renovábeis dirixida por Luís Castro Valdivia, viuse obrigada a atrasar a chegada ao Mercado Continuo e a reducir a proposta inicial en 83 millóns de euros, tras testar Societé Generale e o resto da banca comprometida na operación as dificultades para cubrir a oferta, acumulando unha importante baixada as súas accións desde marzo. Outro tanto acontece co xigante estatal da enerxía fotovoltaica, a compañía madrileña propiedade da familia Díaz-Tejeiro Larrañaga, Solaria, que perdeu nos últimos tres meses o 33,8% da súa capitalización e que viu como importantes investidores animaban a abandonar posicións na sociedade. Outras mercantís como Opdenergy teñen decido atrasar sine die a saída a bolsa "á vista das inestábeis condicións dos mercados no seu conxunto e para as compañías de enerxías renovábeis". Á entidade de Juan Carlos Escotet non semella preocuparlle esta situación. Así, na súa última memoria recolle que "Abanca clasificouse entre as principais entidades españolas que traballan en acordos de financiación de proxectos renovábeis" e confirma a sinatura de 32 operacións no pasado exercicio. Ao tempo, vén de fechar unha emisión de bonos verdes por unha contía de 500 millóns de euros, sinalando que van ir destinados na súa totalidade "a financiar a adquisición, construción, operación, mantemento ou repotenciación de instalacións de produción de enerxía renovábel". A entidade presidida polo banqueiro venezolano afirma que os seus investimentos en renovábeis sitúanse en 620 millóns de euros. O 46% correspóndense con enerxía solar, o 35% a eólica terrestre, o 13% a biomasa e o 6% a eólica mariña, incluíndose dentro desta a súa achega ao financiamento do parque instalado nas proximidades de Viana do Castelo. Asemade, destacan os seus créditos ao grupo CFV Triangulum Australe, controlado por Solaria, para construír nove plantas de xeración de enerxía solar en Cáceres, Huesca, Salamanca e Valladolid. Na mesma liña, Abanca participa con outros grupos bancarios no financiamento á factoría de biomasa da empresa madrileña Forestalia en Cubillos do Sil, no Bierzo.
NOS_7409
Após a revisión catastral construcións rurais até o de agora exentas do IBI terán que comezar a tributar.
O goberno español aprobou en setembro de 2013 unha resolución da Dirección Xeral do Castrasto que obriga os concellos a revisar as edificacións quer urbanas, quer rústicas. Neste senso, todas as instalacións agrarias pasarán a pagar o Imposto de Bens Inmóbeis (IBI) mesmo aquelas que até o de agora ficaban exentas deste tributo como invernadoiros, galiñeiros, galpóns ou cortes. Para alén disto tamén se revisarán as construcións actuais para actualizalas. Todas as edificacións, incluídos invernadoiros, galiñeiros ou alpendres, terán que pagar a contribución A medida suporá un importante impacto para as familias rurais, atinxidas pola crise de prezos do sector agrario. A norma prevé aplicar unha taxa que oscile entre o 0,3% e o 0,9% do valor da propiedade. Algúns municipios galegos xa comezaron a aplicar a nova norma, os restantes deberán desenvolver a revisión entre este ano e o que vén. Neste senso, organizacións agrarias como UPA exixen que sexa aplicada a taxa mínima e mesmo a posibilidade de estabelecérense bonificacións para aquelas explotacións agrarias que estexan a pasar por dificultades económicas. E é que, para unha nave cuxo valor se sitúe, por exemplo, en 100 mil euros, a contribución ascendería de ser taxada co valor máximo, a 900 euros anuais. Son os concellos os que determinarán o custe nunha forquita de entre o 0,3% e o 0,9% do valor da propiedade Porén, a lexislación prevé tamén o cobro dunha taxa de regularización, de 60 euros. O obxectivo de Facenda é facer abrollar aquelas construcións que non constaban no catastro ou polas que non se tributaba. Neste senso, corre a conta dos executivos locais determinar o cobro do imposto de maneira que embora Facenda asegura que non ten afán recaudatorio polo que non se sancionarán aquelas persoas que tivesen construcións irregulares, en concellos como Chantada a veciñanza recibiu unha carta na que se lle reclama o valor correspondente aos catro últimos anos.
NOS_23871
Baixo o lema Igualdade para vivir, diversidade para convivir, o IES Politécnico de Vigo organiza a I Semana da diversidade LGTBI coa colaboración de personalidades como Iolanda Castaño e Carlos Callón. Os actos terán lugar os días 22, 23, 24 e 26 de maio no salón de actos do centro.
Esta Semana da Diversidade ten como obxectivo a concienzación contra a homofobia e transfobia. Con esta finalidade, organizaranse unha serie de coloquios no centro relacionados con esta temática con diversas personalidades entre os vindeiros 22 e 26 de maio. Ademais, a entrada do IES dará acubillo a exposición fotográfica Somos, de Ana Fresco. A semana comezará cun coloquio con Iolanda Castaño que leva o nome de Escritas disidentes, que terá lugar a vindeira segunda feira 22 de maio. A terza feira contarase coa participación de Carlos Callón en Cando e como aparece a homofobia. A semana continuará cunha charla entre o alumnado da ESO que terá lugar a cuarta feira. Como peche, Francisco Rodríguez falará o 26 de maio sobre A perspectiva homoerótica de Rosalía de Castro. Todos os actos terán lugar no salón de actos do IES Politécnico de Vigo e contarán coa presenza do alumnado do centro. A exposición fotográfica poderá visitarse xa dende o 19 de maio até o 2 de xuño.
NOS_20052
O programa conta con financiamento dos fondos Next Generation da Unión Europea (UE).
O programa 'Muller Dixital', impulsado pola Consellaría de Emprego e Igualdade da Xunta da Galiza para a "formación para mulleres en habilidades dixitais", foi duramente criticado por varias usuarias que, ao querer inscribirse, descubriron que deturpaba varios topónimos. Aprobada a proposición de lei do BNG para restituír a toponimia marítima deturpada En concreto, na pantalla deseñada para pedir máis información, á hora de abrir o despregábel para escoller a nosa comarca, pode lerse "Finisterre" no canto de Fisterra; "Noya" no canto de Noia; e "Mellid" no canto de Melide, entre outros topónimos deturpados. Unha das usuarias que descubriu esta deturpación dos topónimos asegurou a Nós Diario que "só falta Sangenjo", para exemplificar o desleixo á toponimía galega nunha plataforma promovida por unha institución pública como o Goberno galego. 'Lei Mordaza' para os manifestantes contra a deturpación do topónimo da Toxa Desta forma, o programa incumpre a lexislación galega no referido á normalización lingüística, xa que a Lei 3/1983, de 15 de xuño, que fixe o uso do galego en diferentes ámbitos, estabelece que os topónimos da Galiza terán como única forma oficial a galega. Financiado pola UE Segundo recolle a propia páxina web de 'Muller Dixital', o programa foi financiado pola Unión Europea (UE) a través da liña dos fondos Next Generation impulsada por Bruxelas con motivo da pandemia. Ana Boullón: "Na toponimia está escrita a nosa historia" Aliás, O Goberno español tamén fai parte deste proxecto a través do Ministerio de Educación e Formación Profesional, e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Executivo estatal, destinado a promover reformas e investimentos para "construír un futuro máis sostíbel". Non é a primeira vez que a Xunta é acusada de deturpar directa ou indirectamente topónimos galegos. En febreiro deste ano, BNG e PSdeG denunciaron que o Goberno galego, a través da publicidade do Xacobeo, financiou un programa decorrido do locutor e opinador de dereitas Federico Jiménez Losantos decorrido en Sanxenxo, publicitado como "Sangenjo". A Xunta patrocina un programa de Jiménez Losantos a pesar de deturpar topónimos O Executivo de Alberto Núñez Feixoo antes e o de Alfonso Rueda agora non só prioriza a publicidade institucional en medios de comunicación en castelán, en detrimento dos que empregan o galego como lingua vehicular, senón que inviste diñeiro público naqueles que deturpan os topónimos de maneira habitual.
NOS_42886
A Deputación da Coruña entregoulle hoxe á Fundación Rosalía e á súa Casa-Museo novas pezas da súa propiedade: tres lenzos pintados por Ovidio Murguía e un guecho de cabelo de Rosalía, que formarán parte da nova museoloxía que será inaugurada o vindeiro día 15 de xullo.
A Deputación da Coruña xa cedera importantes pezas do seu patrimonio á Casa-Museo como o cadro de Brocos e destacadas pezas do mobiliario da familia Castro-Murguía, e agora vén de trasladar do Pazo de Mariñán á Casa Museo as últimas pezas que atesoura relacionadas coa poeta: tres óleos do periodo de formación de Ovidio Murguía, o fillo pintor de Rosalía, e un guecho do cabelo da autora. Estas pezas incorporaranse á nova proposta museolóxica que se inaugurará o vindeiro día 15 de xullo, aniversario do pasamento da poeta, e tamén da apertura da Casa-Museo en 1972, da que se cumprirán 45 anos. Dirixida expositivamente por Pepe Barro, o financiamento desta renovación correu tamén por conta da Deputación coruñesa, aínda que o acondicionamento estrutural da Casa-Museo que o fixo posible foi financiado previamente pola Xunta. Estas pezas incorporaranse á nova proposta museolóxica que se inaugurará o vindeiro día 15 de xullo, aniversario do pasamento da poeta, e tamén da apertura da Casa-Museo en 1972, da que se cumprirán 45 anos A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, destacou a relación intensa coa Fundación Rosalía de Castro, con quen colabora tamén na musealización do seu andar superior, nun ano de especial significación en que se fai o 180 aniversario do nacemento da escritora. Ademais, Goretti Sanmartín insistiu en que "o destino natural destas obras de Ovidio Murguía é precisamente a casa en que habitou a familia". Nese sentido, mostrou tamén a súa satisfacción ao contribuír a reforzar a Casa de Rosalía como "un lugar de referencia para galegos e galegas e tamén de proxección da nosa escritora, sen dúbida, o valor máis universal da nosa cultura. A casa é un dos lugares máis visitados de Galiza e queremos facer o posíbel para que sexa un espazo de privilexio e dignidade para difundir a obra e a figura de Rosalía". Pola súa banda, o presidente da Fundación Rosalía afirmou que "as achegas da Deputación nestes útimos anos, e esta en concreto, supoñen un salto cualitativo extraordinario para Casa de Rosalía, xa que o patrimonio expositivo da Fundación con todas estas obras de Ovidio medra de xeito importantel". A historia do guecho Este guecho de cabelo pertenceu a Gala, a filla máis lonxeva de Rosalía e Murguía. Tal e como se contou na presentación, había tres relicarios con cadanseu guecho: este que agora estará a disposición do público na Casa-Museo; outro que custodia a Real Academia Galega; e un terceiro que estaba no Centro Galego na Habana e que Neira Vilas trouxo e depositou no Castro de Sargadelos. Non se coñece o seu paradoiro actual. En canto aos cadros cedidos de Ovidio Murguía ("A Feira de Santa Susana", "Paisaxe de inverno no Sarela" e "Amor durmido. Retrato de Gala durmida"), trátase de tres óleos da etapa de formación de Ovidio Murguía que tamén foron mercados pola Deputación aos herdeiros de Gala Murguía. E veñen complementar o cadro "Árbore do monte", obra da etapa final, que xa se pode ver na Casa-Museo. Grazas a esta achega na Casa-Museo xa se pode facer un achegamento cumprido á obra deste fillo de Rosalía que faleceu de tuberculose aos 30 anos en 1900.
NOS_13913
A primeira representación da obra Feminíssimas ten lugar mañá no Auditorio Municipal de Vigo, con billetes esgotados.
A obra Feminíssimas inicia mañá en Vigo, con billetes esgotados, a súa xira, que a levará o sábado ao Teatro Rosalía da Coruña. Con todo, o 19 de novembro volverá a Vigo, na sala Ártika, e logo pasará por Gondomar, Narón, Sada ou Boiro. Dirixida por Xavier Castiñeira, conta con Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Esther F. Carrodeguas como intérpretes dun espectáculo de De Ste Xeito Producións, con dramaturxia da propia Carrodeguas. Preséntase como unha "comedia violeta" que conta a situación de tres amigas da adolescencia que non se ven desde hai anos até que coinciden nun congreso feminista. Tres maneiras de entender o feminismo entran daquela en colisión sobre as táboas, nunha peza de irradia humor, ironía e complicidade para pór a amizade a proba mentres se analiza -desde a comedia- a convivencia das mulleres no mundo actual.
NOS_16987
Os responsábeis da entidade bancaria din sentírense "especialmente orgullosos"
Abanca obtivo no "especialmente complexo" 2020 un beneficio atribuído de 160 millóns de euros após dedicar 273 millóns a provisións, uns resultados dos que os seus responsábeis se senten "especialmente orgullosos". Así o destacou o seu presidente, Juan Carlos Escotet, hoxe na presentación destes números, na que resaltou que a entidade incrementou a súa cobertura ao 81,2% nun exercicio que "puxo a proba" as súas capacidades, debido ao impacto da pandemia do coronavirus. No contexto da crise sanitaria, a cuestións da prensa, Escotet desbotou "claramente" que o sector financeiro vaia a un escenario como o que terminou no seu rescate após a crise de 2008. "Esta situación difire da crise do ladrillo", opinou, en referencia a "os niveis de capital" e "de solvencia no seu conxunto por dotacións, por modelo de risco e por gobernanza". Todo iso, ao seu xuízo, "fala dun sistema bancario perfectamente preparado para enfrontar" os actuais retos. No contexto da crise da Covid, a entidade formalizou o ano pasado operacións de financiamento con aval do ICO por importe de 3.128 millóns de euros (1.754 millóns para pemes e autónomos e 1.374 millóns para empresas). Estas formalizacións supuxeron o 19,3% do crédito total de Abanca a pemes e gran empresa. Tamén chama a atención sobre medidas de moratorias de pagos por importe de 1.257 millóns de euros, dos cales 802 millóns corresponden a hipotecas e 455 a outras operacións de financiamento. "Isto supón que se apoiou ao 5,6% da carteira de hipotecas e ao 5,8% da carteira de préstamos ao consumo nestes momentos de dificultade", incide. Tanto Escotet como o conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, chamaron a atención na presentación de resultados sobre cifras como o incremento da súa cobertura ao 81,2%.
PRAZA_19192
Na actualidade traballan na agricultura, gandaría, pesca e marisqueo 58.271 persoas, 15 mil menos que hai sete anos. Nos dous últimos anos a caída desacelerouse, pero perdéronse dous mil postos máis (un 3,6%) e só seis comarcas melloraron a súa situación.
Dende o ano 2009 o número total de traballadores e traballadoras ocupadas no sector primario en Galicia reduciuse nun 21%, caendo dende as 73.823 ata as 58.271 rexistradas o 31 de decembro de 2016, segundo datos do IGE. O descenso foi especialmente acentuado ata decembro de 2013 (12.500 menos en só catro anos), pero a destrución de emprego -aínda que ralentizada- non se detivo dende entón, con tres mil afiliacións menos nos últimos tres anos. "Galicia progresa cando o seu sector primario progresa", proclamou Núñez Feijoo na campaña electoral "Se os galegos queren, este mesmo luns comezará a lexislatura do rural", afirmou Alberto Núñez Feijoo nos últimos días da campaña electoral que o pasado mes de setembro o levou a repetir a súa maioría absoluta. Naquel acto, celebrado no Saviñao, o presidente da Xunta asegurou que "o rural está no ADN de Galicia porque é a forma de vida que levamos dentro os galegos", mentres facía un retrato moi optimista da situación do sector primario concluíndo que "Galicia progresa cando o seu sector primario progresa". Dende logo os últimos sete anos non ofrecen datos para o optimismo no que respecta ao emprego. En dez comarcas, todas do sur de Galicia, a destrución de postos de traballo superou o 30%, destacando os casos de Terra de Celanova e O Carballiño en Ourense e O Condado, Caldas e Tabeirós-Terra de Montes en Pontevedra. Pola contra, Arzúa e Terras de Melide foron as comarcas cun mellor comportamento do emprego no sector primario, as únicas con caídas por debaixo do 10%. En nove comarcas, todas do sur de Galicia, a destrución de postos de traballo superou o 30%, destacando os casos de Terra de Celanova, O Carballiño, O Condado, Caldas e Tabeirós-Terra de Montes A situación dos dous últimos anos tampouco é boa. O descenso no número de afiliacións é menor, pero continúa. De feito, 47 das 53 comarcas seguiron a perder empregos no sector primario. Tabeirós-Terra de Montes, Terra de Soneira, Eume, Ortegal, Terra de Caldelas, Bergantiños, O Sar e Chantada encabezan as perdas dende decembro de 2014. Como curiosidade, O Saviñao, o lugar dende o que Núñez Feijoo proclamou que "Galicia non merece un presidente que o vexa todo negro", perdeu dende o 2009 85 dos seus 392 empregos no sector primario, 27 deles nos últimos dous anos. Segue habendo, con todo, unha Galicia na que o sector primario ten un peso determinante nas economías locais. Porén, a porcentaxe de persoas ocupadas na agricultura, gandaría e silvicultura ou na pesca e marisqueo descendeu nos dous últimos anos en practicamente todos os concellos do país. O peso no emprego do sector primario pasou do 6,7% en decembro de 2014, ao 6,4% en decembro de 2015 e ao 6,2% en decembro de 2016 O peso no emprego do sector primario pasou do 6,7% en decembro de 2014, ao 6,4% en decembro de 2015 e ao 6,2% en decembro de 2016 (4,3% no sector agrogandeiro e o 1,9% na pesca). En concellos agrícolas ou gandeiros coma A Capela (do 20.3% ao 16.9%), Forcarei (do 18.6% ao 15.6%), Porqueira (do 21.8% ao 18.3%), A Veiga (do 16.3% ao 12.7%), Ribeira de Piquín (do 28.9% ao 23.3%), Sandiás (do 22.6% ao 19%), Castro Caldelas (do 15.3% ao 13.1%), A Teixeira (do 20.2% ao 16.7%) ou A Pobra do Brollón (do 22.7% ao 19.7%) a porcentaxe de persoas traballando nestas actividades caeu varios puntos en só dous anos. O mapa permite apreciar o peso do emprego na agricultura e gandaría na parte central da provincia de Lugo, unha boa parte da de Ourense e varias comarcas do interior da provincia da Coruña e do nordeste da de Pontevedra. Na pesca e no marisqueo tamén houbo descensos xeneralizados no emprego. Chaman a atención os casos de Malpica (do 11.7% ao 7.5%), Porto do Son (14.9% ao 12%) ou Camariñas (do 26.6% ao 21.5%). Na pesca e no marisqueo tamén houbo descensos xeneralizados no emprego Pesca e marisqueo teñen un gran peso no emprego nas comarcas litorais, especialmente no Barbanza, Costa da Morte, no Morrazo, en Muros e Noia, Ortegal e na Mariña lucense.
NOS_28913
Ruxe Ruxe presenta este sábado na sala Capitol de Santiago "20 Segundos" no ano do seu vixésimo aniversario. Vinte anos nos que non pararon de tocar ao vivo nin de crear.
Contan con 11 LPs no mercado (3 deles editados nos últimos 3 anos) e un feixe de cancións en recopilatorios e bandas sonoras. Este grupo de rock compostelán, o máis lonxevo en activo da cidade, é todo un referente da creación musical galega, movéndose sempre á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do politicamente correcto, converténdose ano tras ano nunha das bandas senlleiras do punk-rock en galego con xa máis de 200 cancións orixinais publicadas. Co espíritu de loita por bandeira, do rock do país, libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sinceiro e emocional, a esencia dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios en 1996. Teñen tocado en incontables festivais do país e fixeron xiras que os levaron ininterrumpidamente polos mellores escenarios tamén alén das nosas fronteiras, sempre con moi boa acollida tanto polo público como pola crítica. 20 anos que seica lles pasaron como 20 segundos, e é diso precisamente do que falan neste novo disco, de todas as experiencias vividas polo grupo neste tempo.
NOS_38543
O medio de comunicación ucraíno Ukrayinska Pravda publicou que máis de 300 persoas foron atopadas mortas nas rúas da cidade ucraína de Bucha. As versións dos contendentes no conflito sobre o acontecido coas persoas mortas en Bucha son antagónicas. Nós Diario analiza os argumentos que esgrime cada parte.
Segundo as informacións facilitadas polo diario ucraíno Ukrayinska Pravda, que cita servizos funerarios de Bucha, foron achados entre 330 e 340 cadáveres na localidade, algúns deles coas mans atadas ás costas e con feridas de bala na cabeza. Porén, o Ministerio de Defensa de Rusia cualificou de "provocación" as imaxes obtidas na localidade ucraína de Bucha, situada nas inmediacións de Kiev, que mostran cadáveres de civís nas rúas, e unha mera "escenificación" das autoridades ucraínas "para os medios de comunicación occidentais". Todos os militares rusos abandonaron a localidade o 30 de marzo, defenden desde o ministerio ruso, mentres que as "probas de crimes" presuntamente cometidos por eles apareceron catro días despois da súa retirada, sinalan. "Mentres esta localidade estaba baixo control das Forzas Armadas rusas, ningún residente local foi vítima de accións violentas", subliñaron, á vez que agregaron que os militares rusos entregaron á poboación civil da rexión de Kiev 452 toneladas de axuda humanitaria. A guerra en Ucraína, en directo, este 4 de abril O ministerio tamén explicou que, cando todos os militares rusos abandonaron Bucha, un día despois da rolda de negociacións de paz entre Ucraína e Rusia en Turquía, o propio alcalde da localidade, Anatoli Fedoruk, non só confirmou nunha mensaxe por vídeo o 31 de marzo que na urbe non quedaban militares rusos, senón que "nin sequera fixo mención algunha sobre residentes locais coas mans atadas, fusilados nas rúas". Pola contra, o asesor da oficina do presidente de Ucraína, Mijaíl Podoliak, declarou que os civís "estaban desarmados", "non representaban ningunha ameaza" e "foron matados a tiros polos soldados rusos". Ademais, o ministro de Defensa de Ucraína, Oleksi Reznikov, acusou onte tropas rusas de actuar como as "SS nazis" en Bucha. Sobre estes feitos, a experta en teoría das Relacións Internacionais e Seguridade, Isabela Gama, afirmou que "moitas pezas non encaixan". "Por que os militares rusos deixarían corpos de vítimas de tortura á vista de todos nun escenario que non está nin un pouco favorábel a Rusia? E non ten sentido que iso se fixera público hoxe (sábado), e que ninguén o tivera visto antes (os corpos nas rúas)", avaliou. Rusia solicita o Consello de Seguridade da ONU Rusia solicitou para a segunda feira unha reunión do Consello de Seguridade da ONU sobre "as provocacións flagrantes de radicais ucraínos" en Bucha. O representante permanente adxunto de Rusia ante a ONU, Dmitri Polianski, advertiu que Moscova planea "desenmascarar os provocadores ucraínos e os seus protectores occidentais". Porén, a portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores ruso, María Zajárova, sinalou que "a presidencia británica do Consello de Seguridade da ONU non aceptou que decorrese unha reunión do Consello de Seguridade sobre a situación en Bucha". A ONU alerta de que tanto Rusia como Ucraína estarían a cometer crimes de guerra Zajárova afirmou que a publicación sobre Bucha podería estar destinada a "desviar a atención" dos laboratorios biolóxicos estadounidenses en Ucraína, "frustrar as negociacións de paz e escalar a violencia". Máis duro incluso foi o embaixador ruso nos Estados Unidos de América (EUA), Anatoli Antónov, quen expresou que "está claro que o réxime de Kiev trata de incriminar a Rusia polas súas propias atrocidades". "Mentres, nos EUA, ocúltase deliberadamente o feito de que xusto despois da retirada das tropas rusas a localidade de Bucha sufriu un ataque de artillería por parte das Forzas Armadas de Ucraína", sinalou o diplomático. "Precisamente isto puido levar a vítimas entre os civís. Deste modo, está claro que o réxime de Kiev trata de incriminar a Rusia polas súas propias atrocidades", expresou. Novas sancións a Rusia Os EUA, a Unión Europea (UE) e Reino Unido adiantaron que preparan novas sancións contra Rusia en resposta a estas accións consideradas por Ucraína como un "xenocidio". Pola súa banda, o secretario xeral da ONU, mostrou a súa "conmoción" e pediu unha investigación independente sobre o ocorrido. O Alto Representante da UE para Política Exterior, Josep Borrell, expresou nunha declaración a súa repulsa e asegurou que estes feitos "quedarán rexistrados na lista de atrocidades cometidas en solo europeo". Borrell declarou que a UE seguirá apoiando a Ucraína e avanzará "con urxencia" os traballos para impor máis sancións contra Rusia despois do acontecido na cidade de Bucha. Tensión na cimeira da UE: Sánchez abandonou temporalmente a reunión molesto por unha filtración Hai semanas que os Estados da UE teñen sobre a mesa a opción dun quinto paquete de sancións que sirva para avanzar nas medidas de anteriores roldas e estender restricións xa aplicadas como desconectar máis bancos rusos do sistema de conexión de transferencias Swift. O presidente francés, Emmanuel Macron, defendeu onte que é momento de novas e "moi claras" sancións, tamén no ámbito da enerxía. "Agora, é momento de coordinarnos cos nosos socios, en especial Alemaña", sinalou Macron. Nunha declaración o pasado domingo, o chanceler alemán, Olaf Scholz, anunciou a coordinación de "novas medidas contra Putin e os seus seguidores" e máis armas para Ucraína.
QUEPASA_682
A Escola de Verán do Couto, o campamento de verán que toda cidade quixera ter.
Poucas axudas da Xunta caen na activa comunidade do Couto, a pesar de ser un referente a nivel galego de fomento da cultura no rural. Desta volta, a Xunta quere colaborar con esa escola de verán que pasa por ser a envexa de toda a Galicia urbana. Son 15.000 os euros que a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (por que non a de Cultura e Educación?) achega para poñer sustentar a pioneira Escola de Verán que a Fundación Eduardo Pondal desenvolve na casa reitoral de San Tirso de Cospindo. Son máis de 100 nen@s de entre 3 e 16 anos e de Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Laxe e Malpica, os que disfrutarán, entre o 22 de xullo ata o 23 de agosto desta necesaria proposta de conciliación. O calendario contempla obradoiros para cada grupo de idade, contacontos, charlas con invitados expertos, saídas ou unha xornada de familias. Temáticas como a seguridade viaria, están moi presentes nas liñas de traballo, colaborando tamén coa Universidade Rural dos maiores. Entre estas actividades destaca a elaboración conxunta dun vídeo no que maiores e pequenos expliquen as normas a seguir como peóns e condutores. Esta peza audiovisual busca que os cativos afiancen todo o aprendido durante os días da Escola de Verán e traballen en equipo con persoas doutras idades. Esta edición contará con convidados relacionados coa seguridade viaria como o persoal da xefatura Provincial de Tráfico; profesionais do 061; compoñentes da asociación Íntegro, que son vítimas de accidentes de tráfico; ou a visita de Sandra García, a primeira muller en participar no Campionato Galego de Autocross e no Campionato de España.
NOS_28874
Un verán en Galeusca é un proxecto impulsado, por terceiro ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario, coa novidade da participación do medio irlandés Belfastmedia. A serie consta de doce relatos curtos, escritos por María Rei, Yurre Ugarte, Andrea Barreira, Juan Luís Zabala ou Anxos Sumai entre moitos outros. Todos os relatos aparecerán ao longo do verán nos catro medios.
Como pode caer un pedrazo semellante a trinta de xullo? Centos de proxectís de xeo metrallan as tellas e arrasan a horta da avoa. Diante do espello do baño, Alma peitea a melena aínda húmida. A treboada colleuna volvendo da praia. A imaxe que contempla pouco lembra á da adolescente de hai un mes. A pel morena, os ollos escintilantes e o cabelo clareado polo sol e o mar zumegan liberdade e, ata hai uns minutos, ledicia. Alma, nome acaído para alguén que adoita dubidar da súa propia existencia. Desde a cociña, soben os risos delas. Semellan, amigas íntimas, malia que acaban de coñecerse. Sente a ameaza. Repara no cacto sobre a repisa. Gústanlle os cactos. Sobreviven en ambientes hostís e renuncian ás follas a cambio de ter espiñas coas que defenderse. Rodéao coa man. Aperta forte. As púas atravesan a pel, crávanse na carne. Centos de terminacións nerviosas mandan sinais de dor ao cerebro. Sorrí mentres as bágoas debuxan camiños de salitre no rostro. Fóra, o temporal amaina. A casa da avoa está nunha aldea da ribeira na que as mulleres sementan cebolas e allos na terra e ameixas e berberechos na area lamacenta da marisma. Desde moi cativa, pasa aquí o verán. Hai un mes, a carón do tren, ocultou o entusiasmo mentres se despedía. Imitou o sorriso desganado deles para que a nai, o pai e Andrea, a irmá catro anos maior, non pensasen que se alegraba de perdelos de vista. O vidro da ventá do convoi devolveulle a imaxe familiar: catro rostros cinsentos, de ollar canso envolto en sombras. A dor unificaralles os trazos máis ca os xenes compartidos. Subsistían nun piso, igual a outros centos, dun barrio de emigrantes retornados. Nel, a vida xiraba arredor do calendario pendurado da porta da cociña. El rexía o tempo de Andrea e, por extensión, o de todos. Non importaban os días, semanas ou meses. A vida dividíase en ciclos de terapias, preoperatorios, postoperatorios e convalecencias. Nunha destas, aprendeu a camiñar aferrada ao leito da irmá e, na metade dun ciclo no que algo non ía ben, entendeu que a súa maior aportación á familia era non necesitar, non pedir, non estorbar. Erguíase soa, comía do que había, gardaba as bágoas e estudaba moito. Non daba problemas, porque naqueles setenta metros cadrados non había espazo para máis. Ocultaba o cabelo con gorras para parecerse á irmá e, en cada aniversario que os pais esquecían, rescataba o resto dunha candea do fondo dun caixón e soprábaa no seu cuarto, mentres pedía algunha doenza. Gustábanlle as acabadas en "ite". Así, a nai deitaríase a carón dela e o pai percorrería as tendas da cidade na procura dun agasallo que lle tirase un sorriso. Pero, a única vez que regresou con febre da escola, mandárona cunha tía que vivía preto. Convertérase nun perigo para a irmá. Loitou co mal de Andrea. E perdeu. El quedou con todo: co tempo e ata co mesmo aire, cargado co cheiro a medicamentos, vómitos e infusións de herbas fedorentas. Ata que chegaba o verán. E o tren levábaa a un mundo onde o aire recendía a salitre e os únicos berros cos que espertaba eran os das gaivotas. Onde a recibían os brazos da avoa. Non coñecía mellor lugar onde repousar a cabeza ca o seu peito abondoso. Ata este verán. Este verán apareceu Louise, con "o". E con "e" final, que se escribe, pero non se di, coma se fose un segredo, unha letra prohibida. Louise, da idade de Andrea, filla dunha curmá da nai, chegara de Francia uns días antes. Recibiuna cun sorriso engaiolante e un «Ola, cherie!». Ninguén a chamara nunca cherie. Ninguén pronunciaba así o «r». Ninguén lle sorrira así. Estremeceuse cando a colleu da man; coa outra quitou a gorra. Libre, a melena cubriulle as costas. Louise estudaba bioloxía. Nos días de sol, ían á Arnela, unha cala protexida por dous saíntes de rocha. Cargaban as mochilas con bolsas e frascos nos que gardaban mostras de area, cunchas, algas, e pequenos invertebrados que apañaban nas pozas que deixa a baixamar. Se chovía, ficaban na casa e Louise estendía os achados na mesa do comedor, estudábaos coa lupa, consultaba libros e pedíalle que lle escribise as etiquetas que pegaba nos frascos. «Tes unha letra moi fermosa, Alma», dicía. A avoa queixábase do cheiro a formol. A ela agradáballe. Alma coñecía ben a beiramar. Xuntas, percorreron sendeiros, furnas e recunchos segredos aos que sempre fora soa. Bañáronse en calas seguras e evitaron os lugares de correntes traizoeiras. Esta mañá, foron á praia, malia que as nubes presaxiaban tormenta. A avoa pediulles que non tardasen, que lles esperaba unha sorpresa. As súas sorpresas sempre eran saborosas. Baixaron á carreira cara a area. Alma tropezou e caeu. Do corte na perna brotou o sangue espeso. Calou a dor. Antes de que tivese tempo de se erguer, Louise sentou a carón e puxo a perna dorida enriba das súas. Inclinouse sobre ela, bebeu o seu sangue, lambeulle a ferida. Alma tremeu co tacto cálido e húmido. Ardeulle a cara, o corpo enteiro. —Desinfecta e axuda a cicatrizar— dixo Louise. No intre en que as miradas se encontraron, Alma ergueuse. Confusa, correu ladeira abaixo. Sen se deter, arrebolou a mochila e a roupa sobre a area. Meteuse na auga. Co sal, proeulle a ferida. Seguiu. O mar rompendo nas coxas, xélido. Mergullouse. Pouco a pouco, aceptou o frío, gozouno. Flotou á deriva. Deixouse arrolar polas ondas. Feliz, esperou a Louise. —Alma! —chamouna desde a beira—. Está empezando a chover! Temos que volver! O ceo escureceu. Con pesar, saíu da auga. Nun intre, desatouse a treboada. Correron baixo a chuvia. Chegaron sen alento. En canto abriu a porta, o cheiro a infusión de herbas fedorentas golpeouna de cheo. —Mirade quen veu! Está moito mellor. E vai quedar todo o mes! A avoa abriu a porta da sala convidándoas a entrar. Desde o sofá, Andrea sorriulles. E agora están as dúas, Andrea e Louise, rindo xuntas, cómplices, amigas. E a avoa ri con elas e acariña a Andrea. E Louise pronuncia o nome da súa irmá arrastrando o "r", coma se o saborease, coma se o bicase ao deixalo saír entre os beizos. E o nome de Alma non ten r.
NOS_6956
A Orquestra de Jazz de Galicia presentará en directo, a vindeira quinta feira, 17 de decembro, o seu primeiro traballo discográfico, "Fame". E contará con colaboradores de luxo como Carmen París, Kepa Junkera, Uxía, Narf ou Quique Peón.
O primeiro disco da formación musical soará por primeira vez en público no Auditorio Mar de Vigo no Concerto de Nadal da Universidade, que pecha con este evento as celebracións do 25 aniversario da súa creación. A actuacion da Orquestra de Jazz de Galicia comezará ás 20.30 horas e ademais dos seus trinta intérpretes contará con invitados de luxo como Carmen París, Kepa Junkera, Uxía e Narf, Toño Domínguez, Xurxo Fernandes, Quique Peón, Javier Feijoo Xisco, Jesús Manuel Fernández, Edelmiro Fernández, Eva Otero e o grupo de pandeireteiras Lilaina. Dirixida por Roberto Somoza e Pedro Lamas, a Orquestra de Jazz de Galicia é un proxecto de máxima excelencia, un proxecto único e novidoso que proxecta a música tradicional galega en confluencia co jazz, o folk, a música clásica e as músicas improvisadas contemporáneas. Entre os músicos que a compoñen están Abe Rábade, Germán Díaz, Pablo Castaño, Ton Risco ou Xosé Lois Romero. Este proxecto conta coa participación de preto de medio cento de músicos vencellados aos proxectos máis importantes da escena musical contemporánea galega, e conta coa colaboración de artistas galegos -como Xabier Díaz, Quique Peón ou Guadi Galego- e da Península Ibérica como o é o caso de Carmen París, Aleix Tobías (Coetus) ou Kepa Junkera, entre outros. Todas son melodías tradicionais Todas as músicas son melodías tradicionais de Galiza arranxadas por Pedro Lamas e orquestradas por Roberto Somoza. "Fame" está composto por dez arranxos sobre diferentes melodías tradicionais e recollas de campo (traballo de investigación que se fai indo polas vilas e gravando a informantes que contan, cantan e tocan as melodías herdadas dos nosos devanceiros) que reflicten a profundidade da música propia de Galicia. Entre elas, o toque de chifre que no ano 1952 inmortalizou o neoiorquino Alan Lomax nunha aldea de Ourense, e que anos máis tarde sería reinterpretado por Miles Davis e Gil Evans no mundialmente coñecido traballo "Sketches of Spain" co título "The Pan Piper". Este proxecto nace, segundo eles mesmos, "da rebeldía artística fronte ao inmobilismo. É unha aposta polo compromiso coa nosa cultura, un esforzo colectivo que fixo posible unha realidade que levanta unha grande expectación alén das nosas fronteiras". Popular e sofisticada á vez O director da orquestra, Roberto Somoza, afirma que "conseguimos un son diferenciador con respecto a outras orquestras. Ten un pouco de música clásica, un pouco de jazz, outro pouco de tradicional, e a min persoalmente como director resúltame unha música chea de vida, popular pero á vez sofisticada". Segundo o pianista Abe Rábade, "é un proxecto que tenta aunar dous universos moi diferentes entre si aparentemente pero que creo que na converxencia acaban creando unha cousa ccompletamente explosiva. Quero que un proxecto coma este se acabe consolidando e que acabe absorbendo o mellor da música tradicional e do jazz que hai no país, que é moito e moi variado." Outro dos participantes é Rodrigo Romaní, quen considera que "é unha iniciativa fantástica que reúne en si dous elementos, o jazz e a música de tradición oral, e esa mestura para min fai este produto tremendamente orixinal e tremendamente internacional ao mesmo tempo".
PRAZA_10778
A actuación que o venres ofreceu Patty Smith na Praia de Riazor foi a de maior asistencia de todo o festival, pero tamén destacou a crecente aposta polo Mercado da Colleita, polo que pasaron máis de 20.000 persoas nos seus dous días de celebración
Os concertos do Festival Noroeste xuntaron a máis de 100.000 persoas nos seus seis días de celebración. O evento, cun total de 75 citas repartidas por toda a cidade da Coruña, levou a música a rúas, prazas, parques e praias da urbe herculina e tamén a recintos emblemáticos, coma o Castelo de San Antón, Teatro Colón ou Fundación Seoane. Houbo un 45% de mulleres no cartel, con 75 concertos, a metade de bandas galegasO concerto que o venres pasado ofreceu Patty Smith na Praia de Riazor foi o de maior asistencia de todo o festival, pero tamén destacou a crecente aposta polo Mercado da Colleita, polo que pasaron máis de 20.000 persoas nos seus dous días de celebración, no Paseo das Pontes.20.000 persoas pasaron polo Mercado da Colleita, no Paseo das PontesNathy Peluso, Soleá Morente, Baiuca, Toundra, Belako, The Last Internationale, La URSS, Los Estanques, Anni B Sweet, Los Punsetes, Derby Motoreta's Burrito Kachimba, Joe Crepúsculo ou Paco Ibáñez estiveron entre os concertos máis celebrados, nunha edición na que a chuvia (ao igual que o ano pasado) obrigou a modificar algúns horarios e escenarios, dificultades solucionadas sen anulación de concertos.O evento, cun 45% de mulleres no cartel e un 50% de bandas galegas, consolídase así como "un referente entre as citas musicais do calendario estatal", destaca a organización, un festival urbano e extendido, caracterizado por levar a música ás rúas e prazas de toda a cidade en lugar de concentralo nuns poucos concertos de gran formato.
NOS_26952
Da acción fixeron parte tamén as asembleias abertas de estudantes e aproveitaron o peche para presentar o manifesto con que concorrerán ao 1º de Maio nunha resposta conxunta contra "a maior ofensiva aos dereitos e condicións de vida"
Os sindicatos CUT e CNT e a asembleias abertas de estudantes ocuparon esta segunda feira a sede da Confederación de empresari@s de Galiza (CEG) nunha acción que mantivo @s militantes e activistas no interior do local por volta de dúas horas, tempo que aproveitaron para presentar o manifesto con que concorrerán ás mobilizacións do 1º de Maio, nunha mobilización "alternativa" conxunta. Fronte a palabra 'crise', as dúas centrais falan da "maior ofensiva contra os dereitos e as condicións de vida da clase traballadora". Revólvense contra unha débeda "ilexítima" e que "nós non temos contraído", e denuncian o camiño ascendente que levan as cifras do paro, con 287.400 persoas no desemprego na Galiza após perder o País 52.000 traballador@s con emprego remunerado en só un ano, segundo a última enquisa de poboación activa (EPA). Nesta liña, alertan de que a acción espontánea que emprenderon ocupando as instalacións da patronal "tiña o dobre sentido de advertir de que a pasividade xa non será máis unha actitude útil" para a clase obreira e, doutra banda, que cómpre "dar un paso máis alá baseado na mobilización activa e na toma do noso futuro coas mans". CUT e CNT reivincicarán o 1º de Maio cunha manifestación que partirá da Praza 8 de marzo, na zona vella de Compostela. No seu manifesto arremeten contra "o entramado sindical institucionalizado" de CC OO e UGT, a quen a CUT sinalou como "cómplice" de asinar sucesivos acordos "para recortar nos nosos dereitos". O ERE de Paradores sería só un exemplo. A mobilización da cuarta feira leva por lema Na defensa das nosas vidas, seguimos na loita.
NOS_26032
Lembran que a nivel internacional, "existe un consenso entre os organismos de Direitos Humanos das Nacións Unidas" en canto a que a detención incomunicada debería estar prohibida.
Familiares e amigos das e dos presos independentistas galegos exixiron esta quinta feira a derrogación da lexislación anti-terrorista por entender que a mesma "provoca o desamparo xudicial e a indefensión das persoas detidas". Unha petición realizada a través da plataforma Que Voltem a Casa e argumentada, entre outros, nos posicionamentos existentes a nivel internacional. A demanda volve a primeiro plano após a detención a pasada sexta feira en Compostela de Raúl Agulheiro, acusado de pertenza a Resistencia Galega. "Existe un consenso entre os organismos de Direitos Humanos das Nacións Unidas en canto a que a detención incomunicada debería estar prohibida", apuntan. É esta unha situación na que a persoa detida pode estar até 120 horas sen ser posto a disposición xudicial, sen ter dereito a informar a unha terceira persoa da súa situación nin paradeiro, sen poder designar avogado nin medico... Desde esta plataforma tamén se pediu a activación de "todos aqueles mecanismos xurisdicionais e protocolos que garantan a integridade física e psicolóxica das persoas durante as detencións", así como a "derrogación da xurisdición excepcional da Audiencia Nacional e o xuízo das persoas procesadas por un tribunal territorial ordinario. O traslado dos presos e presas independentistas galegas a un centro penal situado na Galiza e o posicionamento "explícito, claro e inequívoco das organizacións políticas galegas en contra da política penal" aplicada aos presos son outras das reivindicacións do colectivo.
NOS_34669
Arnaldo Otegi cumpre este mes de outubro catro anos preso. Este sábado unha manifestación en Elgoibar, a súa vila natal, pedirá a súa liberdade. Unha petición que roza a unanimidade nunha sociedade tan heteroxénea politicamente como a vasca.
O 16 de outubro de 2009, as Forzas de Seguridade españolas detiñan a Arnaldo Otegi e catro persoas máis (entre elas, Rafa Díez, o secretario xeral de LAB) acusados de intentar reorganizar a dirección de Batasuna. Batasuna era unha das formacións políticas da esquerda abertzale ilegalizadas pola 'Ley de Partidos': Herri Batasuna, Euskal Herritarrok, ANV... Eran os anos de Baltasar Garzón e o seu 'Todo es ETA'. En palabras de Otegi, anos de 'apartheid político' para o independentismo vasco. En setembro de 2011 a Audiencia Nacional condenaba a Arnaldo Otegi a 10 anos de prisión por pertenza a ETA en grao de dirixente. En 2012, o Tribunal Supremo rebaixaba a pena a seis anos e medio por entender que non ficara probado que fose dirixente. Son, pois, catro anos preso os que leva este político de Elgoibar, licenciado en Filosofía e que foi elixido polos seus compañeiros da esquerda independentista secretario xeral de Sortu malia estar na cadea. "Non podía ser outro o que ocupase ese cargo", explicaron. Otegi segue preso. A xustiza española, o goberno español e os medios máis españolistas consideran que é onde ten que estar. A inmensa maioría da cidadanía vasca (e non só a nacionalista) entende que ten que estar libre. O mesmo que centos de colectivos, persoeiros, entidades... a nivel internacional que solicitaron que se lle libere. Paz O cese o fogo de ETA débese a un cambio de ciclo no cal a esquerda abertzale circunscribe a súa aposta a vías nas que a loita armada non ten cabida. Unha aposta na que Otegi, e non só el, foi fulcral. A Declaración de Anoeta foi un paso de xigante nese sentido. E leva o selo do de Elgoibar. Non máis violencia armada. Por reorganizar a estrutura política da esquerda abertzale para encetar esa nova vía, foi detido e condenado. Non é o único. O certo é que hai ducias e ducias de vasc@s nas prisións españolas aos que aplicaron a lei anti-terrorista e xulgaron na Audiencia Nacional mais que non foron nin son membros de ETA. Xente como Otegi, si. Ou como Patxo Murga, xornalista de Egin. Ou Pablo Gorostiaga, que foi alcalde de Llodio e membro de Euskal Herritarrok. Este sábado unha manifestación percorrerá Elgoibar pedindo a liberdade para Arnaldo Otegi e dos outros catro políticos abertzales presos polo caso Beteragune.
NOS_34137
O 23 e 24 de outubro decorrerá en Ourense a cita do Sindicato de traballadores e traballadoras do ensino de Galiza.
O Sindicato de Traballadores e traballadoras do Ensino (STEG) desenvolverá durante o venres 23 e o sábado 24 de outubro o seu VIII Congreso, que coincide co seu vintecinco aniversario. A apertura deste acto, onde participarán arredor de 100 delegad@s de toda Galiza e a afiliación que así o desexe, terá lugar no Liceo e comezará a sexta feira ás 17,30 horas da tarde, onde se fará balance da actividade dos últimos catro anos e terán lugar diversas ponencias e debates arredor de cuestións educativas e sindicais. A xornada concluirá ás dez da noite, cunha cea de confraternización e a actuación de AldaoLado e Blues do País, no Auriense Café Cultural. A xornada do sábado comezara ás 10,30 horas coa reanudación das intervencións e debates e terá lugar, asemade, a Xuntanza da Asemblea de Mulleres. Xa pola tarde, darase conta das resolucións presentadas e serán elixidas as persoas para os distintos órganos do STEG. Finalmente, ás 20 horas, terá lugar a Clausura do Congreso, coa intervención das organizacións convidadas e a Homenaxe ás persoas que cumpren 25 anos de afiliación ao STEG.
PRAZA_12686
César Calderón vén de presentar Otro Gobierno, un libro que analiza as razóns do progresivo afastamento dos cidadáns das propostas dos partidos de esquerda, para a que propón unha nova axenda política. Calderón é consultor e desenvolve estratexias de Open Government para a construción de administracións máis abertas e nas que os cidadáns poidan participar directamente.
César Calderón vén de presentar Otro Gobierno (Algón Editores), un libro que analiza as razóns do progresivo afastamento dos cidadáns das propostas dos partidos de esquerda, para a que propón unha nova axenda política. Calderón é consultor (socio-director de Autoritas Consulting) e desenvolve estratexias de Open Government para a construción de administracións máis abertas e nas que os cidadáns poidan participar directamente. Que é o Open Government? Que vantaxes ten para o cidadán? O Open Government ou Goberno Aberto é unha puñada cidadá encima da mesa, un berro que di á clase política que aos cidadáns xa non nos basta unicamente con participar nas eleccións cada catro anos, que queremos gobernos transparentes, participativos e colaborativos, e que o TIC xa permiten todo isto a prezos asumibles. Cando falamos de Open Government non falamos só de dereitos ou vantaxes para o cidadán, tamén falamos de obrigacións, como é a de exercer un control permanente sobre a acción dos gobernos, ademais de participar nos procesos que se abran. A transparencia é unha obriga para os gobernos, pero a participación é unha ximnasia cidadá que só se aprende mediante o seu exercicio continuado. "A transparencia é unha obriga para os gobernos, pero a participación é unha ximnasia cidadá que só se aprende mediante o seu exercicio continuado" Como valoras a Lei de Transparencia que se acaba de presentar? Sobre a lei de transparencia, pouca cousa boa se pode dicir; é un proxecto analóxico, triste e sen ambición, e que ademais nace amortizado. Atopámonos cun texto que non só é obxectivamente menos ambicioso que o presentado polo anterior goberno socialista, senón que mesmo é moito máis limitado que o que o propio PP presentou estando na oposición. Resulta doloroso ler que en toda a declaración non podamos atopar nin unha soa vez a palabra internet nin o concepto goberno aberto. Sintomático. Tampouco é de recibo que seguindo as peores tácticas lexislativas actuais, que mesturan churras con merinas e mesmo co can do pastor, a lei nos fale de "transparencia e bo goberno", que son dúas cuestións absolutamente diferentes que debería ocupar espazos propios no noso ordenamento xurídico para evitar confusións tanto na doutrina como entre a cidadanía. "Sobre a lei de transparencia, pouca cousa boa se pode dicir; é un proxecto analóxico, triste e sen ambición, e que ademais nace amortizado" Estamos ante unha lei basicamente analóxica, cuxa única conexión coa sociedade rede é, por unha banda, a forma de realizar achegas para a súa mellora (un triste formulario cego) e por outro a mención xenérica dun portal de transparencia. Mal comezo se non queremos que naza amortizada. A pesar de que existe todo un epígrafe dedicado á transparencia activa, non hai na lei nin unha mención á apertura e reutilización de datos das administracións, o xa famoso open data, o que sitúa a lei fóra da realidade dos países máis avanzados da nosa contorna. É un tempo de crise económica un bo momento para realizar a transición ao Open Government? Os partidos deixan de lado os seus bos propósitos nesta cuestión ao chegar ao goberno? Creo que a crise non pode ser unha escusa para iniciar este cambio, unha das características máis definitorias do movemento Open é que supón unha redución importante de gastos para os gobernos, e isto non é menor. Sobre os partidos, pois hai de todo, como en botica, temos exemplos excelentes como son o Goberno vasco ou o navarro, que lonxe de esquecerse destas cousas profundaron sobre as mesmas na súa acción de goberno, converténdose en referentes a nivel internacional. Debe repensarse a administración pública na súa totalidade? Temos que ser capaces de repensar o goberno no seu conxunto e adaptalo ás necesidades de hoxe en día. Falamos dun cambio de valores, un cambio cultural e un cambio nas formas de relación como principios inspiradores de todo este proceso, sen eles, por moita tecnoloxía que apliquemos, estaremos no mesmo punto onde nos atopamos. "Desafortunadamente non hai noticias de Galicia en canto a transparencia, apertura de datos ou Goberno Aberto, o goberno galego nin está nin se lle espera" Cítase a Euskadi como exemplo positivo nesta materia. Que hai de Galicia? Euskadi é un dos exemplos máis brillantes a nivel internacional, as súas accións de Open Data e de Participación a través de Open Data Euskadi e sobre todo de Irekia cítanse como exemplos de éxito en todo o mundo, por fin temos un exemplo a seguir tan preto. Desafortunadamente non hai noticias de Galicia en canto a transparencia, apertura de datos ou Goberno Aberto, o goberno galego nin está nin se lle espera, e é unha pena, porque outros gobernos da súa mesma cor política están a comezar a dar pasos interesantes nestas cuestións Que papel ten Internet e as redes sociais para a política e o movemento sociais neste momento? Un papel fundamental, hoxe en día un político que non conversa cos cidadáns na rede, non existe. Os políticos entendérono xa, ou o uso que fan delas segue sendo, sobre todo, ritual? Desafortunadamente para a maioría é só unha canle máis de mercadotecnia en campaña electoral, a boa noticia é que cada vez máis políticos están a comprender as capacidades da rede para chegar aos cidadáns, e estano tomando máis en serio. "Preocúpame máis a apertura radical do proceso de toma de decisións que se o final do mesmo se producese mediante unha urna física ou unha virtual" A cidadanía está preparada para intervir máis activa e directamente no debate e a xestión política, a través de mecanismos de democracia electrónica? Non creo na democracia electrónica e son moi crítico co voto electrónico. Preocúpame máis a apertura radical do proceso de toma de decisións que se o final do mesmo se producese mediante unha urna física ou unha virtual. "As solucións nacionais nun esquema de economía globalizada son ineficientes. É necesario dar unha resposta global a estes novos retos" Necesita a esquerda unha nova axenda? Sen dúbida, a esquerda necesita unha nova axenda política que a leve a conectar coa cidadanía do século XXI. Durante moitos anos os partidos socialdemócratas europeos viviron comodamente aplicando politicas redistributivas no seu ámbito máis próximo, é dicir, a estado-nación. Iso funcionou relativamente ben até os anos oitenta do pasado século, nos que a globalización da economía mundial e a entrada en xogo de países emerxentes (India, China) como actores económicos rebentaron toda esta construción. As solucións nacionais nun esquema de economía globalizada son ineficientes. É necesario dar unha resposta global a estes novos retos. Xa non basta con apelacións máis ou menos xenéricas á igualdade ou á redistribución, existen novos vectores mediante os cales os cidadáns toman as súas decisións de voto, e os que compoñen o Open Government (transparencia, participación e colaboración) son destes. "A esquerda necesita abrir os seus procesos de toma de decisións á cidadanía de forma radicalmente horizontal" O futuro da esquerda pasa por abrirse, pola horizontalidade? Internet está a acabar con todos os intermediarios sociais tradicionais, desde a prensa até a sociedade civil tal e como a coñeciamos, a esquerda para sobrevivir a esta tormenta perfecta necesita abrir os seus procesos de toma de decisións á cidadanía de forma radicalmente horizontal. O peor que podería facer o PSOE é confiar no desgaste do PP, animado polos éxitos en Asturias e Andalucía? Se o PSOE queda a esperar a crecida do Nilo será un fermoso cadáver en pouco tempo. Sen dúbida os resultados en Andalucía e Asturias supuxeron un balón de osíxeno para o PSOE, pero cometerían un grave erro se pensasen que todo está solucionado. Estas eleccións só demostran que o souffle anti-zapatero se desinflou. O PSOE para volver ser un partido hexemónico necesita reinventarse tanto internamente como de cara a unha sociedade que lle esixe maiores cotas de transparencia, participación e horizontalidade. "O PSOE para volver ser un partido hexemónico necesita reinventarse tanto internamente como de cara a unha sociedade que lle esixe maiores cotas de transparencia, participación e horizontalidade" Agora que caeu a hipótese de que a crise era un problema de mala xestión de Zapatero, cara a onde se vai a encamiñar o descontento? É unha gran pregunta, e creo que a última enquisa do CIS coa baixada de case 9 puntos de intención de voto do PP xa nos revela algúns datos. Esta crise é unha máquina de triturar gobernos.
PRAZA_7312
A Marea de Fóra, que reúne os coruñeses que viven no estranxeiro, xúntase este sábado na cidade e celebra unha festa aberta pola noite para a calquera persoa que simpatice con esta iniciativa, que pretende organizar o desexo común de cambio e poñer as institucións ao servizo da xente".
A Marea de Fóra, unha das quince asembleas activas da Marea Atlántica, formada neste caso por cidadáns e cidadás da Coruña que viven lonxe da cidade, aproveita as datas do Nadal para abandonar por un intre as redes sociais, o seu medio natural de traballo nos últimos meses, e convocar un encontro presencial que sirva para compartir experiencias e afondar no debate sobre o papel da cidadanía expulsada na rebelión democrática en curso. Haberá unha xuntanza pola tarde e unha festa á noite aberta a todo simpatizante da Marea Atlántica Así, este sábado, día 27 de decembro, de 16.30 a 20 horas, na Casa da Fariña (praza de Azcárraga, 6). A partir das 20.30 horas, a actividade trasladarase á Cova Céltica (Orzán, 82), no que será unha festa organizada pola propia Marea de Fóra pero aberta, neste caso, ao conxunto da Marea Atlántica "e a calquera persoa que simpatice con esta iniciativa, que pretende organizar o desexo común de cambio e poñer as institucións ao servizo da xente nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio", tal e como lembran nun comunicado. Na festa haberá música ao vivo de Espantallo Beat, compartirase a comida que cada quen traia da casa e cobrarase unha entrada simbólica de 4 euros para cubrir todos os gastos da organización.
NOS_22269
O portavoz nacional do BNG-Asambleas Abertas pechou o mitin co candidato á reelección Miguel Anxo Fernández Lores reivindicando os logros dos nacionalistas.
O portavoz nacional do BNG-Asambleas Abertas, Xavier Vence, reivindicou o modelo de goberno dos nacionalistas en Pontevedra, durante o mitin que celebrou este venres na cidade do Lérez xunto ao candidato á reelección, Miguel Anxo Fernández Lores. "O que se fai en Pontevedra non é unha excepción, é 100% BNG, é a guía do que queremos facer en todos os concellos do país, un modelo que implantamos alí onde gobernamos", subliñou Vence. Destacou o cambio que viviu a cidade grazas o traballo da equipa de Lores inda que "algúns se empeñen en negar os logros" porque "os intereses os cegan". "O único que ten modelo, proxecto e iniciativas de futuro enriba da mesa é o BNG", asegurou Lores Fernández Lores pechou o mitin cun discurso onde reclamou a xestión nacionalista durante os últimos 16 anos. "O único que ten modelo, proxecto e iniciativas de futuro enriba da mesa é o BNG. Cando propoñemos converter Pontevedra nunha cidade referente, todos en contra", manifestou o alcalde, que fixo un percorrido por algunhas das medidas do seu goberno, criticadas pola oposición, mais que contan co respaldo da veciñanza e de numerosas institucións internacionais. "Pontevedra está nunha situación de vantaxe, entre todos e todas acadamos avanzar moito e darlle unha enorme proxección. Fixemos o mais difícil. O que nos preguntan en New York ou en Madrid, en Bruxellas ou en Florencia, en Dubai ou en Barcelona, o que lles interesa é coñecer como fumos capaces de dar os pasos que temos dado", dixo Lores. "Algúns só ven Galiza como unha despensa de votos" O portavoz nacional do BNG salientou a "sintonía" do candidato nacionalista coa xente da cidade, mentres criticou aos que "se deixan caer en campaña, porque só ven Galiza como unha despensa de votos", afirmou en relación ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, que este venres acudiu a varios mitin na provincia. "O 24M temos a oportunidade de seguir construíndo Pontevedra e lanzar unha mensaxe clara de rexeitamento ás políticas do PP, as que representa un Feijóo sempre submiso a Madrid e as grandes empresas madrileñas, amigas de Rato, Aznar e Aguirre", considerou Vence, que asegurou que "non fixo nada por Pontevedra salvo enredar, como volve facer agora con Ence, porque parece que lle interesa a pasta". O mitin tivo lugar no auditorio de Afundación en Pontevedra, que estivo cheo para o acto dos nacionalistas. Antes de Lores e Vence, falaron tamén varias candidatas e candidatos la lista do BNG como Luis Bará, Demetrio Gómez, Alberto Oubiña, Anabel Gulías, Lola Dopico, Miguel Filgueira, Henrique Juncal, María Rodríguez e Pilar Comesaña.
NOS_17025
Fronte ao silencio dos membros do plenario da Academia Galega, a cultura máis viva falou para dicir que a de Filgueira Valverde era "a peor das opcións posíbeis". Critican que á institución presidida por Alonso Montero teña elixido un autor con pasado franquista mais, tamén, o seu afastamento da cultura máis viva e activa.
"Non oculto a miña decepción pola escolla dun candidato como Filgueira Valverde para festexar as Letras Galegas como a que onte acordou a RAG, nunha polémica decisión na que non resulta difícil ler unha preocupante perda de conexión cos intereses e iniciativas de boa parte da sociedade civil galega máis activa na defensa e promoción da nosa cultura, da nosa lingua e literatura", escribiu no día seguinte de que se fixera pública a decisión un dos críticos máis recoñecidos do panorama actual, Ramón Nicolás. Desde o seu "Caderno da crítica", lamentou os condicionantes políticos dunha escolla que pode "agrandar a creba entre a institución a súa presenza e proxección na sociedade galega". Desde o punto de vista da crítica literaria, valora Ramón Nicolás a relevancia da serie Adral, dos estudos medievalistas ou da antoloxía poética que Filgueira preparou nos tempos da República. "Sabían que "provocaría o rexeitamento do nacionalismo galego, aínda que sería ben recibida (nun ano electoral) pola Xunta de Galicia", di Bragado Tamén Manuel Bragado no seu blog Brétemas, unha referencia para a información cultural, insiste no afastamento da Academia e, engade un elemento que tamén leva estes días nos debates: a súa división interna. "A elección de Filgueira Valverde como figura homenaxeada o 17 de maio de 2015 expresa a polarización interna da RAG e as dificultades da entidade que preside o profesor Xesús Alonso Montero para conectar con sentir común do galeguismo nacionalista", sinala Bragado que non dubida de que os votos a Filgueira eran conscientes de que "provocaría o rexeitamento do nacionalismo galego, aínda que sería ben recibida (nun ano electoral) pola Xunta de Galicia". Chama a atención tamén o editor e presidente de Culturgal de que o "feito de que fose o secretario xeral de Política Lingüística quen anunciase a elección en Twitter, minutos antes ca propia RAG, semella non ser azaroso". Foi a de onte, pois, unha elección polémica, na que os académicos que apostaron en Filgueira Valverde asumiron os riscos dunha decisión con inevitable transcendencia política. "A Academia Galega é definitivamente algo sen remedio. Dá igual que a presida un galeguista, un nacionalista, un comunista ou o gaiteiro de Soutelo de Montes", defe¡nde Perfecto Conde. O xornalista Perfecto Conde tira no seu blogue Croques da ironía para lamentar a fenda que a Academia non dá pechado coa cultura do país. "A Academia Galega é definitivamente algo sen remedio. Dá igual que a presida un galeguista, un nacionalista, un comunista ou o gaiteiro de Soutelo de Montes, coa salvidade de que se cadra ao gaiteiro de Soutelo aínda lle daba por repinicar unha muiñeira ben repinicada. Nin García Sabell, nin Paco del Riego, nin Barreiro, nin Ferrín nin agora Alonso Montero foron quen de resucitar como era preciso unha institución que leva décadas empeñada en navegar fóra da realidade e dos tempos que lle tocou vivir", sinala preguntándose tamén pola responsabilidade de Alonso Montero na decisión. Sorpréndelle, iso si, que "nas primeiras declaracións para xustificar a escolla deste ano o intelectual marxista e o cidadán comunista que con todo mérito representa o presidente da Academia Galega insista tanto na separación dos valores cívicos e políticos dos culturais e literarios". "É innegable que calquera das outras candidaturas que onte foron defendidas na RAG, fose a de Carballo Calero, Xela Arias ou Manuel María, contaban cunha obra literaria máis atractiva e diversa, ademais dun carácter máis integrador e actual, como mesmo de contar con máis apoio popular ca do catedrático pontevedrés", opina Bragado, coincidindo neste caso coa escritora Marta Dacosta que cuestiona neste artigo publicado na sección de Opinión de Sermos Galiza, a altura da súa obra literaria e de investigación en comparanza, en especial, cos mesmos tres candidatos que sinala Manuel Bragado. Na mesma liña se manifestou o escritor Xavier Alcalá que, mais acedo nos seus comentarios na rede, apuntou que "o da Irreal Academia do Impaís é patético: fronte á potencia poética de Manuel María ou a coherencia filolóxica de Carballo..., Filgueira!!". O ensaísta Carlos Callón foi dos primeiros en mostrar o seu incomodo pola decisión e, nas súas últimas aparicións na rede apuntou que "visto o escasísimo valor da obra literaria de Filgueira, agora dinnos que merece as Letras porque contribuíu a fundar o Seminario de Estudos Galegos. Ben... Tamén haberá que recordar que contribuíu a destruílo, verdade?" "O da Irreal Academia do Impaís é patético: fronte á potencia poética de Manuel María ou a coherencia filolóxica de Carballo..., Filgueira!!",Xavier Alcalá Tamén do mundo da literatura, o escritor Antonio Reigosa, membro da dirección da AELG, botou unha pregunta ao ar: "Filgueira Valverde? Tanto remar para afogar na praia!". Da man do crítico de cine Martin Pawley naceron unha morea de proxectos dinamizadores do panorama cultural galego, un dos máis novos, o Proxecto Nimbos que puxo a boa parte da nova creación galega a traballar cunha linguaxe audiovisual sobre os versos de Díaz Castro. "#ProxectoNIMBOS seguirá en marcha o resto do ano. Para un #ProxectoFILGUEIRA comigo non contedes", anunciou. A profesora da Universidade de Barcelona, investigadora e crítica Helena González puxo o foco no carácter "mortecino", tan pouco acaído para unha institución que tiña que pular por dinamizar a cultura e a lingua, nunha das peores situacións da súa historia. ""Tempo e gozo' de Filgueira é un gran libro pero estes tempos pedían unhas Letras menos museísticas, menos conservadoras", apuntou. Cara á ese futuro tamén se dirixiu o poeta e narrador Fran Alonso nunha afirmación na que non tatexou: "A peor elección posible. Un país que non sabe ollar cara o futuro!" "Estes tempos pedían unhas Letras menos museísticas, menos conservadoras", Helena González A rede encheuse de opinións, mais a balanza escorou, sen lugar a dúbidas, cara ao rexeitamento da opción de Filgueira Valverde. De todas maneiras, os silencios mídense con máis intensidade na fin de semana na que se coñeceu a noticia. Polo de agora, de maneira especial académicos e académicas eludiron posicionarse sobre a decisión e tímidas voces saíron a avalar a figura de Filgueira Valverde para a conmemoración máis relevante da nosa cultura e a nosa lingua. Entre elas, agromou a de Afonso Vázquez-Monxardín, do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega" para quen "as Letras Galegas 2015 para don Xosé Fernando Filgueira Valverde son unha moi boa noticia. Como dicía don Xesús Alonso Montero, el e Otero, son os dous grandes polígrafos das letras galegas do século XX. Un sabio".
PRAZA_655
O vindeiro sábado 28 as dúas localidades asinarán un acordo de irmanamento, cando se celebra o 20 aniversario da inauguración da ponte sobre o Miño que as une. Os actos completarase coas celebracións dos 20 anos de Ponte...nas Ondas!
Salvaterra do Miño e Monção celebrarán o vindeiro sábado 28 o vinte aniversario da inauguración da ponte internacional sobre o Miño que une as dúas localidades. Sobre a propia ponte os alcaldes das dúas vilas asinarán un protocolo de irmanamento que ademais do seu valor simbólico implica unha serie de compromisos de colaboración, e converterá a Salvaterra-Monção na terceira eurocidade da raia, uníndose a Tui-Valença e a Verín-Chaves. Salvaterra e Monção potenciarán conxuntamente os seus sectores turístico, vitivinícola, cultural, deportivo e empresarial. Entre outras cousas, crearán rutas turísticas conxuntas e visitas combinadas a pazos, museos ou igrexas. Tamén se comprometen a compartir as súas instalacións deportivas, empresariais e culturais, para ofertar máis serviczos aos seus cidadáns e cidadás e acadar un aproveitamento óptimo dos equipamentos, procurando obter economías de escala. Así, por exemplo os veciños e veciñas de Salvaterra poderán usar a piscina municipal de Monção ou a súa biblioteca, que mesmo xa conta na actualidade cunha sección de libro galego. Así mesmo, prevese a organización conxunta de actividades culturais, e non se descartan outros acordos ligados á promoción económica ou ás políticas para a mocidade. Tamén se comprometen a compartir as súas instalacións deportivas, empresariais e culturais, para ofertar máis serviczos aos seus cidadáns e cidadás e acadar un aproveitamento óptimo dos equipamentos, procurando obter economías de escala "Hoxe a ponte é coma unha rúa de 700 metros con casas nos dous extremos e a actividade e os espazos están xa unificados", destacou hai uns días Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra. "Sería importante chegar a compartir os modelos educativos e que houbese escolarización de nenos galegos aquí e viceversa, ou que os veciños de Salvaterra puidesen vir aquí o centro de saúde; aínda hai moito que andar", subliñou o rexedor portugués Augusto Domingues. A ponte, na que se descubrirá unha placa, pasará a denominarse Ponte Internacional Joâo Verde e Amador Saavedra, en homenaxe aos dous poetas locais máis representativos dunha e outra vila, que ademais escribiron sobre a proximidade física e a separación artificial dunha e outra beira: "Vendo-os assim tão pertinho/ A Galiza mai-loo Minho/ São como dois namorados/ Que o rio trar separados/ Quari desde o nascimento/ Deixa-los, pois, namorar/ Já que os pais para casar/ Lhes não dão consentimento", escribiu o poeta de Monção João Verde. "Se Dios os fixo de cote/ um para outro e teñen dote/ Em terras emparescadas/ Pol´a mesma auga regadas/ Como u sin consentimento/ D´os país o tempo ha chegar/ Em que teñam que pensar/ Em facer o casamento", respondeulle o salvaterrense Amador Saavedra. 20 anos de Ponte...nas Ondas PNO conmemorará a efeméride no mesmo lugar no que naceu, a Casa da Cultura de Salvaterra de Miño, co descubrimento dunha placa conmemorativa e cun programa de radio especial Esta fin de semana tamén se celebra o 20 aniversario da iniciativa Ponte…nas Ondas! (PNO), que naceu en marzo de 1995, coincidindo precisamente coa inauguración da ponte sobre o río. O venres 27 PNO conmemorará a efeméride no mesmo lugar no que naceu, a Casa da Cultura de Salvaterra de Miño, co descubrimento dunha placa conmemorativa e cun programa de radio especial no que intervirán moitos dos colaboradores habituais e persoas que nestas dúas décadas participaron na iniciativa. Aquel 29 de marzo de 1995 a ponte que unía fisicamente as dúas beiras do río era recibida por outra ponte, feita de palabras, a través dunha maratón de 12 horas de radio, emitidas dende dous estudios situados na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño e na emisora Ecos da Raia, en Monção, e realizadas por rapaces e rapazas dunha ducia de centros educativos de Galicia e do norte de Portugal.
PRAZA_15983
O PSdeG coida que os populares viaxaron á sede de Adif para "certificar a defunción do AVE a Lugo mentres goberne o PP". O secretario xeral do Eixo Atlántico ve no encontro "unha falta de respecto" a "todos os sectores que loitamos por que Lugo teña comunicacións modernas"
Foi un dos treitos de AVE máis anunciados. O único que chegou a ser obxecto dunha inaudita promesa de quen daquela era candidato opositor á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre construílo "cos cartos" da Administración autonómica e "despois pasar a factura" ao Goberno de España. E foi tamén un dos máis abertamente desbotados polo Ministerio de Fomento a traves dos Orzamentos Xerais do Estado, un abandono que mesmo asumiu por escrito a propia Xunta. Así e todo, a construción dunha liña de alta velocidade ferroviaria entre Ourense e Lugo segue a ser un anuncio que reaparece en vésperas electorais e preelectorais, especialmente pola banda dos populares lucenses, que o volveron reiterar este mércores. O presidente de Adif, Juan Bravo, recibiu este mércores en Madrid aos máximos responsables do PP de Lugo nunha comitiva encabezada polo voceiro do partido no senado e ex-presidente provincial, José Manuel Barreiro, acompañado pola súa predecesora no posto, Elena Candia, o presidente local e subdelegado do Goberno central na provincia, Ramón Carballo, e o deputado Jaime de Olano. Os populares aseguraron que o resultado da xuntanza foi un "compromiso firme do Goberno de Mariano Rajoy coa chegada do AVE a Lugo", en verbas de Barreiro. "Abordouse -sinalou Candia para Radio Lugo- información relevante dun proxecto que supera os 700 millóns de investimento". Esa cantidade é, aproximadamente, o custo das obras de renovación e construción de variantes no traxecto Monforte-Lugo sumado ao importe da electrificación do mesmo traxecto, que os últimos orzamentos estatais estiman nuns 640 millóns de euros e que non implican a construción dunha liña de alta velocidade. O mesmo documento orzamentario engadía apenas 3 millóns en "estudos" para a liña de alta velocidade, que aparecen dende hai lustros nas contas do Goberno de España. O PSdeG coida que os populares viaxaron á sede de Adif para "certificar a defunción do AVE a Lugo mentres goberne o PP" O que para os populares é mostra de "compromiso" co prometido AVE a Lugo é para o PSdeG provincial a "certificación da defunción" deste proxecto, cando menos "mentres goberne o PP". "Candia viaxou a Madrid co seu cortexo fúnebre a certificar a defunción do AVE a Lugo", ironiza o secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos. "Búrlanse de novo da intelixencia dos lucenses, porque toda a información que transcendeu da xuntanza con representantes de Adif é exactamente a mesma que recolle o Orzamento Xeral do Estado para 2017". "Aínda que ao PP lle pareza imposible, todos os lucenses nos lembramos" de que estas partidas "non son para a chegada do AVE", resalta Santos. O secretario xeral do Eixo Atlántico ve no encontro "unha falta de respecto" a "todos os sectores que loitamos por que Lugo teña comunicacións modernas" O encontro do PP de Lugo en Adif tamén suscitou críticas por parte do secretario xeral do Eixo Atlántico de cidades de Galicia e do Norte de Portugal, Xoán Vázquez Mao. Tamén en declaracións a Radio Lugo o representante da entidade municipalista, que apostou pola mellora da liña nun proxecto presentado en 2016, viu no encontro unha "falta de respecto" cara a "todos os sectores que levamos anos loitando para conseguir que Lugo teña comunicacións modernas". "Unha xente que nunca apareceu e que o único que fixo foi criticarnos, agora queren sacar tallada", di, nun contexto no que subliña ademais que "curiosamente, un dos que máis sabe de infraestruturas" no PP de Lugo, o ex-alcalde e actual deputado Joaquín García Díez, "non estivo na xuntanza".
PRAZA_8174
Un terzo do alumnado do ensino público galego terá que pagar por xantar na escola e a Consellería de Educación deixará de ter en conta a distancia da casa ao centro educativo para calcular o custe do servizo
Unha familia de tres membros: dúas persoas adultas e un fillo ou filla en idade escolar. As dúas persoas adultas cobran uns céntimos máis de 1.125 euros ao mes cada unha e, a partir do próximo curso, terán que adaptar a súa economía familiar a pagar uns 90 euros mensuais polo comedor escolar do seu fillo ou filla, que custará 4,50 euros ao día. Eses 4,50 euros son o prezo máximo fixado pola Consellería de Educación para prestar este servizo, un tope que en plena crise sobe un 40,2% a respecto do curso anterior, no que ademais o departamento que dirixe Jesús Vázquez revoluciona as regras que rexen os comedores, que ata agora eran de balde para o 91,82% do alumnado e nos que agora terá que pagar o 43,26%, segundo cálculos do propio Goberno galego. O argumento ofrecido dende San Caetano é semellante ao lanzado antes de aplicar outros recortes, o da "sostibilidade", en palabras do secretario xeral da consellería, Jesús Oitavén, quen tamén sostén que a "gratuidade total" se mantén para "as rendas baixas". Este concepto de renda baixa é só aplicable, segundo a Xunta, para as familias cunha renda per cápita inferior a 7.000 euros anuais, isto é, por exemplo, unha parella cun fillo que non ingrese máis de 583 euros ao mes en total. De aquí en diante o Goberno galego xa non aplica o baremo creado para as devanditas "rendas baixas". Unha familia de tres membros na que os dous adultos cobran pouco máis de 1.100 euros pagará uns 90 euros mensuais polo comedor Así, nas familias de entre un e dous fillos en idade escolar con renda per cápita de entre 7.000,01 e 8.000 euros ao ano, o prezo do comedor será dun euro ao día -uns 20 euros ao mes-, o mesmo que para as familias numerosas que ingresen máis de 7000,01 euros per cápita. No caso das familias cun fillo ou dous en idade escolar e ingresos de 8.000,01 e 9.000 euros per cápita, o prezo diario por xantar no colexio chega aos 2,50 euros. De 9.000,01 per cápita en diante o prezo chega aos devanditos 4,50 euros ao día. A Xunta admite non saber cal será o volume total de cartos que obterá con esta suba, se ben asegura que a recadación permitirá que, no curso 2016-17, "sexan un total de 66.805 os usuarios que empreguen este servizo baixo a xestión da Consellería", un "fito" resultante de asumir "o 60%" dos comedores que actualmente xestionan as asociacións de pais e nais. Feijóo sae en tromba na defensa da suba Mentres sindicatos educativos como a CIG Ensino ou o STEG enmarcan estas medidas na "cruzada" da Xunta contra os servizos públicos e no seu carácter "inxusto, insensíbel" ou "insolidario", o propio presidente do Goberno galego realizaba este xoves unha acendida defensa do plan de Jesús Vázquez. Lonxe de asumilo como unha retallada, Alberto Núñez Feijóo presenta o incremento de prezos como unha vía para lograr "máis equidade", xa que, segundo a versión presidencial, "non lle cobramos a quen o necesita e si lle cobramos a quen pode". Malia á redución na porcentaxe de alumnado que xantará de balde, Feijóo insiste en que "o que era gratuíto segue sendo gratuíto" e "o que era máis barato segue sendo máis barto", dado que "o 60% non pagará por comer nun comedor escolar". Segundo Feijóo, se o servizo fose universal se financiarían "cos cartos dos parados o comedor da xente que ten traballo e pode pagalo" A xuízo de Feijóo "hai modelos que consisten en que paguen o mesmo os que teñen e os que non teñen" pero el aposta pola "xustiza social". Eses principios, afirma, non se cumpren ofrecendo un servizo universal de comedor escolar, porque iso implicaría "que en época de crise" e "cun paro enorme" se "siga financiando cos cartos dos parados o comedor da xente que ten traballo e pode pagalo". Por este motivo, di, o seu gabinete "corrixe as disfuncións do sistema de copagametno que implantou o bipartito". Asume, polo tanto, este cambio como un recorte?, preguntóuselle dende a bancada da prensa. "Evidentemente, non", retrucou. Tarifas dos comedores escolares da Xunta Prezo por alumna/o Fillas/os en idade escolar Ingresos anuais per cápita De balde Indiferente Menos de 7.000€ 1€/día 1 ou 2 7.000,01€ - 8.000€ 1€/día 3 ou máis Máis de 7.000,01€ 2,50€/día 1 ou 2 8.000,01€-9.000€ 4,50€/día 1 ou 2 Máis de 9.000,01
PRAZA_15517
Se por un casual os maias levan razón e este venres imos todos plantar cebolas, quixera dicirvos...
Se por un casual os maias levan razón e este venres imos todos plantar cebolas, quixera dicirvos que para este ninguén de Cadrón foi un pracer escribir as súas lerias en Vieiros, Xornal de Galicia, Letra en Obras e Praza; e un inmenso honor que algúns de vós perderan o tempo léndoas. Bicos e apertas, miñas e meus.
PRAZA_9066
Un documental recolle a viaxe do músico madrileño ao país austral para visitar a tumba do frade tudense que chegou a ser bispo de Perth e de quen se di que foi introdutor do eucalipto en Galicia.
Frei Rosendo Salvado foi un frade bieito nacido en Tui en 1814 que a mediados do século XIX levantou unha misión en Australia e chegou a ser bispo de Perth. Atribúeselle a introdución do eucalipto en Galicia, aínda que non hai proba documental que o asevere con precisión, como destacou hai uns anos un simposio internacional organizado no CCG sobre a súa figura. Rosendo Mercado, nacido en Madrid en 1954, é un dos grandes nomes do rock en español das últimas décadas, primeiro en bandas como Leño e despois en solitario, con temas como "Agradecido" ou "Maneras de vivir".En 2016 Rosendo viaxou a Australia, onde deu dous concertos, chegando a tocar ante a tumba do fradePouco teñen en común un e outro máis aló do nome, pero unha curiosa iniciativa da embaixada española en Australia acabou por xuntalos en 2016, levando o guitarrista a tocar ante a tumba do frade tudense, nunha igrexa situada en Nova Nursia, preto de Perth. Un documental, De Rosendo a Rosendo, recolle o proceso, que vén de recobrar actualidade grazas a un fío de twitter dun dos diplomáticos que impulsou a iniciativa, Enrique Criado.Nel, relata como en 2014 "acababamos de herdar na Embaixada un proxecto cultural con pouco fuste, a típica exposición de paneis que ninguén le, sobre un misioneiro galego chamado Rosendo Salvado". O conselleiro cultural da embaixada, César Espada (doutor en Filosofía e director de cine), tivo a idea de convidar a Rosendo para complementar a mostra. "Contra todo prognóstico, deron luz verde o Embaixador, a dirección de asuntos culturais e ata os australianos", conta Criado, que explica que se puxeron en contacto co artista para trasladarlle o convite. "Rosendo convocou nun bar a César para dicirlle que non, pero ao escoitalo díxolle: 'canto máis tolo soa isto, máis ganas teño de ir. Conta comigo'". E así viaxou o músico a Australia, onde deu dous concertos, en Camberra e Nova Nursia, chegando a tocar ante a tumba do frade. Ofreceu unha master class e coñeceu bandas australianas que facían versións das súas cancións. Ademais, un dos monxes do lugar acabou por tocar co órgano os temas máis coñecidos de Rosendo para despois acompañalo nunha actuación nun local de Perth, vestido mesmo co seu hábito. "Creo que comparten algúns trazos morais: a honestidade, a inquietude (e esa forma de rebuscar, aínda que sexa á conta de ir contracorrente e incordiar), a perseveranza e a paz"César Espada, que dirixe o documental que relata toda esta viaxe, destaca en conversa con eldiario.es que, contra o que podería parecer, existen máis semellanzas entre os dous que o nome que comparten: "A pesar das enormes diferenzas culturais que os separan, creo que comparten algúns trazos morais, por dicilo dalgún modo: a honestidade (e esa forma de ser fieis a unhas ideas e a si mesmos), a inquietude (e esa forma de rebuscar, aínda que sexa á conta de ir contracorrente e incordiar), a perseveranza e a paz".A pesar de manter necesariamente a visión colonizadora e evanxelizadora, unha visión de superioridade polo tanto, que implicaba o obxectivo polo que foi enviado a Australia, Frei Rosendo Salvado defendeu os seus dereitos e buscou comprender a súa cultura e costumes, loitando contra un sentir xeral que consideraba as comunidades aborixes como etnias inferiores, destaca o Consello da Cultura Galega. Nos seus Diarios o frade revela a súa simpatía por estes nativos, aínda que sempre mesturada co transfondo de superioridade moral habitual nos observadores europeos do século XIX: "Sorprendeume ver manifestacións de cortesía que eran máis propias do home civilizado que do incivilizado".Dise que xa na década dos 50 do século XIX Salvado lles enviou aos seus parentes en Tui sementes de eucalipto, pero non hai ningunha referencia convincente neste senso anterior a 1884Así mesmo, dise que xa na década dos 50 do século XIX Salvado lles enviou aos seus parentes en Tui sementes de eucalipto, pero non hai ningunha referencia convincente neste senso anterior a 1884. Xa en 1829 hai informacións das primeiras plantacións en Vilanova de Gaia."O atractivo era precisamente ese: ir a un sitio que xamais imaxinara e coñecer a un homónimo doutra época, xa que tampouco imaxinaba que naquel tempo había majaras a este nivel", afirma Rosendo Mercado no documental, que se abre co músico tocando Á sombra dunha mentira ao pé da tumba de mármore do tudense.
NOS_36615
Abascal colócase directamente en posicións trumpistas ao reivindicar que as os particulares teñan acceso a armas para a autodefensa. Faino xusto cando Nova Zelandia se dispón a regulalas após o masacre islámofobo. O goberno español censurou duramente a proposta do líder de Vox e o PP aproveitou a conxuntura para marcar distancias coa ultradereita.
Abascal tense gabado en ocasións de levar un arma consigo e agora aparece cunha oferta electoral até agora inédita na tradición española: o alargamento do dereito das persoas a usar armas para a súa autodefensa. O dirixente ultra lanzou a proposta nunha entrevista no portal armas.es. Nela, advogou por "unha mudanza radical urxente na lei" con vistas a que a xente poda dispor "dunha arma na súa casa" que eventualmente podan "utilizar en situacións de ameaza real na súa autodefensa". Abascal pensa que é preciso "ampliar o concepto de lexítima defensa", con vistas a evitar "situacións inxustas" como a que, do seu punto de vista, sufriu un ancián que matou o ladrón que asaltou a súa casa en Tenerife, feito polo que foi condenado a dous anos e medio de prisión. As reaccións a esta proposta non se fixeron agardar. Por parte do Goberno español, foi a ministra portavoz Isabel Celáa quen evocou o espectro dos EUA, país en que son moi frecuentes os masacres a causa do doado acceso da poboación ás armas. "Non queremos parecernos aos Estados Unidos. É insensato, un retroceso" porque supón "imitar o peor doutros países". O PP tampouco deixou pasar a oportunidade de marcar un perfil centrista por contraste con Vox: nunha mensaxe en Twitter, o dirixente popular Javier Maroto escribiu: "O PP defende medidas estritas contra a delincuencia, as mafias e a inmigración ilegal. E defendemos a policía e a garda civil. Mesmo defendemos a prisión permanente revisábel para delitos moi graves. Mais propor que os españois levemos pistola polas rúas, non".
NOS_3823
Analizamos os viños Landra e Vimbio
Que máis queres, branco e en... barrica Rematada unha botella nun xantar, abrir outra distinta é unha boa idea. Igual que nos pratos, nos viños tamén iremos de menos a máis en estrutura. Se queremos, claro. Un branco con crianza de seis meses en barrica xa non é tan lixeiro, xa ten corpo á altura de mollos intensos, peixes graxos ou carnes brancas. Landra leva uvas de albariño e caíño branco que miran a Portugal desde Goián, en Tomiño, sobre solos de orixe fluvial no tramo final do val do río Miño. É o froito desa terra e desas uvas, tamén da madeira de carballo onde cría coma as landras. Landra 2017 / O Rosal fóra de D.O. / Adega do Vimbio / 16,50 euros A autenticidade dos brancos do Rosal Achegámonos á fin do verán visitando o noso sur vitícola, O Rosal. As varas de vimbio que se utilizan tradicionalmente para atar as vides ás guías dan nome a este proxecto do biólogo Martín Crusat e a licenciada en medioambiente Patricia Elola. Compromiso de traballo sostíbel da terra por todas partes. Vimbio é o desacomplexamento dos brancos do Rosal, que non busca imitar referencias comerciais, senón lembrar os viños de sempre da zona. Plurivarietal con albariño, caíño branco e loureira; e con notas cítricas, florais e balsámicas. Súper rico. Vimbio 2018 / O Rosal fóra de D.O. / Adega do Vimbio / 11,50 euros
PRAZA_4301
A globalização apresentou um dilema crucial na configuração do poder e da autoridade no final do século XX e no início deste. O principal problema é a disjunção entre os limites territoriais do estado e as pressões para protegê-lo, fechando o acesso a ele por inimigos externos e possíveis "indesejados".
"A realidade é aterrorizante não porque é fermosa, mas porque ameaça tornar-se ela".Patrick ZylbermanA globalização apresentou um dilema crucial na configuração do poder e da autoridade no final do século XX e no início deste. O principal problema é a disjunção entre os limites territoriais do estado e as pressões para protegê-lo, fechando o acesso a ele por inimigos externos e possíveis "indesejados". Em contraste, o sistema capitalista global desterritorializado exige fronteiras abertas e livre circulação de mercadorias e "pessoas". É verdade que acreditar nesta última circulação requer fé na providência, somente válida para aqueles que agora se permitem laiar pietística ou hipocritamente movidos pelo caráter sagrado da vida quando não fazemos nada além de construir um mundo em que as pessoas sucumbem na travessia do Mediterrâneo, fugindo da guerra ou da pobreza extrema, arriscando á morte pela vontade ou pelos interesses de outros, aqueles que não têm mais nada a perder e caminham em direção ao arame farpado, pela guerra ou contaminação tola ou por doenças que bem poderiam ser curadas perante a indiferença das farmacêuticas e dos estados "civilizados".A segurança da saúde, que nunca foi totalmente a parte dos cálculos políticos, está a se tornar uma parte fulcral das estratégias políticas estaduais e internacionais. O que Patrick Zylberman, professor emérito de história da saúde na Haut Conseil de la Santé publicou no livro "Tempêtes microbiennes: Essai sur la politique de sécurité sanitaire dans le monde transatlantique" (Gallimard, 2013) foi verificado o primeiro trimestre de 2020. Assim, segundo Zylberman, o "mundo transatlântico" teria passado em termos de governança da saúde pública, de uma lógica de prevenção à preparação, como um novo regime de racionalidade. O cenário distópico no que ninguém se reconhecerá olhando rostos, que podem ser cobertos com uma máscara sanitária, mas podem ser reconhecidos por dispositivos digitais que reconhecerão dados biológicos coletados compulsoriamente em qualquer "concentração", seja por razões políticas ou simplesmente por convívio, afinidade ou amizade. O "distanciamento social" foi agromando assim como modelo duma política sem política e duma humanidade que dificilmente pode ser considerada de humana a falta de relacionamentos sensíveis.O que Zylberman albiscava é uma espécie de terror da saúde como instrumento para governar o que foi definido como o pior cenário. E concorda com essa lógica do pior que já em 2005 a Organização Mundial da Saúde anuncia milhões de mortes para a gripe aviária, o que sugeria uma estratégia política que os estados da época ainda não estavam preparados a assumir. Zylberman mostra que o dispositivo sugerido foi artilhado em três eixos: a)construção, com base em um possível risco, de um cenário fictício, no qual os dados são apresentados de forma a favorecer comportamentos que permitem governar uma situação extrema;b)adoção da lógica do pior (" logique du pire"), como regime de racionalidade política;c) a organização abrangente do corpo de cidadãos de maneira a maximizar a adesão às instituições governamentais, produzindo um tipo de civilidade superlativa, na qual as obrigações impostas são apresentadas como prova de altruísmo e o cidadão não tem mais um direito à saúde (não apenas segurança da saúde, mas das condições que a tornam possível),porém torna-se legalmente vinculado à saúde (biossegurança).A ciência é a chave para a análise de riscos, pelo menos os riscos que temos diante de nós agora, os de uma epidemia. Não há dúvida de que a ciência tem o método melhor para fazer previsões básicas alicerçadas em infecções anteriores. Os modelos matemáticos ajustados levaram em conta o experimento de infecções passadas com outros vírus. Mas o aumento generalizado de uma "razão da ameaça" não deixa de questionar a relação do Estado com o cidadão. O problema surge quando, após avaliar o risco de infecção e explorar estratégias para controlá-lo em contextos em que a imposição de medidas de saúde por coerção é politicamente arriscada, a ascensão de uma concepção "superlativa" de cidadania, em que o cidadão não mais desfruta apenas do direito à segurança da saúde, mas torna-se responsável por sua própria saúde e pelos outros (biossegurança), o que acaba configurando os limites operacionais dum novo regime de governança de riscos,diz Zylberman, mas sobre o qual seria necessário questionar se a alegada mudança de uma razão probabilística para uma razão fictícia constitui um aumento da racionalidade.É evidente que, além da situação de emergência ligada a um determinado vírus que no futuro pode dar lugar a outro, o que está em jogo é o desenho de um paradigma de governo cuja eficácia excede as formas de governo que conhecemos.Se já no devalo progressivo das ideologias e crenças políticas, as razões de segurança permitiram aos cidadãos aceitar restrições às liberdades que talvez antes não estavam dispostas a aceitar, os regulamentos de biossegurança mostram-se capazes de apresentar o confinamento, cessação absoluta de toda atividade política e de todas as relações sociais, agás o potenciado ethos de consumo digital, como a mais alta forma de participação cívica. O discurso político agora é dominado por imagens e retóricas cuidadosamente escritas - a maioria das quais beneficia status quo e seus aliados corporativos. O resultado é uma apatia pública em relação à política - e uma ameaça real à liberdade vítima da doutrina cínica segundo a qual os fins justificam os meios. Embora o combate ao terrorismo global forneceu uma nova razão de ser para os estados manterem seu lugar de privilégio, existem muitos outros motivos para solicitar proteção do estado, óbvia dizer para à resposta local ou global as ameaças ambientais ou à saúde. As questões-chave não são como o Estado fornece ou não, mas com e contra quem disciplina e pune, como faz isso e com que efeito.Os pròprios governos estão constantemente lembrando-nos que o chamado "distanciamento social" tornara-se o modelo de política que nos espera e que (como anunciaram os representantes duma ideia-força cujos membros estão em flagrante conflito de interesses com a função que deveriam desempenhar), esse distanciamento será usado para substituir as relações humanas em toda parte pela sua inspeção, que suspeitam de contágio político, por dispositivos tecnológicos digitais que nem o nazifascismo nunca sonhou em ser capaz de impor.É uma concepção integral dos destinos da sociedade humana numa perspectiva que, de muitas maneiras, parece ter tomado das religiões a ideia apocalíptica crepuscular dum fim do mundo, mas investido no desejo de "normalidade" (deveria ser chamada de "normalização"), para "deixar trabalhar", quer os mecanismos normais da democracia, quer os especialistas, isto é, intensificando o que diz que um governo deve ter permissão para trabalhar em paz e julgá-lo no final do mandato, mas agora após o "estado de alarme". Parece que agora somos todos vencedores e perdedores, para usar a conhecida terminologia de Walter Benjamin, no entanto, os políticos que se auto-convocados para a desobediência sucumbem ao discurso "novo normal".Depois que a política foi substituída pela economia, ela também, para governar, terá que ser integrada ao novo paradigma de biopoder e de biossegurança, ao qual todas as outras demandas terão que ser sacrificadas. É legítimo perguntar se essa sociedade ainda pode ser definida como humana ou se a perda de relacionamentos sensíveis, da face, da amizade e do amor pode realmente ser compensada por uma segurança de saúde abstrata e presumivelmente completamente fictícia. A segurança da saúde, anteriormente confinada ao campo da infra-política, entra diretamente no campo estratégico dos Estados.O poder também pode ser usado indiretamente para moldar opiniões, atitudes e desejos e, assim, fabricar o que parece "consentimento" e, dessa forma, muitos têm queria reivindicar, não é tão facilmente visível. Numa sociedade em que poderosas agências sociais tem um forte interesse em comercializar tantos aspectos vida humana quanto possível e conseguiram em grande medida implementar esse interesse, não seria surpreendente se as pessoas pensassem que a existência de um "mercado livre" de cuidados de saúde, educação, transplante de órgãos ou a adoção de crianças era "natural" e não exigia mais comentário, escrutínio ou explicação.Como exatamente as relações de poder operam para gerar ou influenciar a formação de crenças, desejos e atitudes é uma questão complexa, e haverá provavelmente será um pouco de muito significado, alguém será capaz de dizer em geral, sobre os mecanismos pelos quais isso é influenciado. Um "mercado livre" requer a intervenção constante de poderosas agências sociais para manter sua existência, mas numa sociedade em que essa intervenção constante tem sido extremamente bem-sucedida as formas tradicionais, as crenças e desejos básicos das pessoas serão canalizados para que o "mercado" parecer natural. Se isso acontecer, agentes que têm um interesse particular em manter o mercado (por exemplo, empresas que se beneficiam da prestação de serviços de saúde privados) estarão em posição de apresentar o que de fato são simplesmente seus interesses privados como interesses universais. Porque a ciência não é unânime e nem sempre avança por resultados cumulativos e lineares, como afirmado na teoria dos paradigmas de kuhn. Por isso, quando os políticos justificam suas medidas como se fossem as únicas possíveis, ditadas pela ciência, eles nos privam da discussão e do espírito científico e degradam a política. No entanto, também houve casos em que cientistas, entrando no campo da política, exigem renúncias ou propõem na mídia medidas para controlar a população, perdendo credibilidade científica e fazendo isso, talvez sem nem mesmo saber, ponta de lança da "lógica do pior"Em uma era de anseio por controle hegemônico (por exemplo, a guerra ao terror dos EUA), as conclusões se concentram nos dilemas da responsabilidade democrática e em como novos espaços de resistência podem ser criados. O discurso sobre a normalidade democrática, agora também chamado de "novo normal", sobre "deixar" os especialistas legitimamente eleitos trabalharem no tempo apropriado nos lembra o aforismo de Wittgenstein "sobre aquilo de que não se pode falar, deve-se calar".Dessa forma, foi possível atender ao paradoxo das organizações de esquerda, tradicionalmente acostumadas a reivindicar direitos e denunciar violações dos direitos fundamentais, que aceitam sem reservas limitações às liberdades decididas por decretos ministeriais sem qualquer legalidade, o que revela a fragilidade das democracias emprazadas, pobres em dádivas e sem presença nenhuma do velho ideal de prodigalidade aristocrática livre de qualquer estratégia egoísta e calculista. Até os políticos de esquerda, ou aqueles que se consideram, têm argumentado cada vez mais que uma verdadeira cultura de governo também deve saber escolher entre as preferências imediatas da multidão. Obviamente, o silêncio pode servir tanto para a inação mistificadora quanto para ser lido para produzir mudanças, anovar, para subverter e pôr em movimento a participação das pessoas na vida política, a própria essência da política.Mas se o espírito apocalíptico, despido de toda escatologia, tem algo de positivo, é sua capacidade de ressuscitar sob a coberta do crânio esse ideal que se conecta diretamente a algo mais que o pessimismo letárgico, com a luzada da renovação radical.
NOS_41874
O ciclismo urbano irrompe na cidade moderna como unha alternativa ecolóxica, saudábel e eficiente, e non desprovista dunha erótica propia.
O ciclismo urbano non se toma en serio, crea desconfianza por raro ou envexa por alegre. Con todo, dos 2/3 de espazo que ocupa o vehículo privado, un debemos xa recuperalo para a perfecta convivencia de peóns e respectuosos ciclistas, invertindo a alucinada xerarquía actual. Trátase da loita pola pertenza da rúa, o dereito á nosa cidade. Nesta conquista libre de prexuízos clasistas, a bicicleta será chave entre o esplendor do camiñar e a violencia do vehículo. En cada bici, o adhesivo un coche menos é un manifesto de urbanidade e unha chamada á nova sensibilidade necesaria para que todos vexamos monstruoso que 1.500 kg de coche leven a un só individuo de 80 kg na maioría, cando apenas 15 kg de bicicleta poden facelo sen ruído, gastos ou emisións e no mínimo espazo. A esa amábel e necesaria velocidade, a percepción urbana entra en sincronía coa arquitectura, cada pedalada por segundo, cada latexado ou beat, duns 5 ou 6 metros, coincide coa distancia entre columnas ou arboledo e fai a cidade abrirse cando nos movemos e fecharse cando nos detemos. A velocidade rodada media nas cidades é de 15 km/h, axeitada para o que o tranvía e a bici precisan, continuidade e suavidade sen sobresaltos, aceleróns ou bucinas. A esa amábel e necesaria velocidade, a percepción urbana entra en sincronía coa arquitectura, cada pedalada por segundo, cada latexado ou beat, duns 5 ou 6 metros, coincide coa distancia entre columnas ou arboledo e fai a cidade abrirse cando nos movemos e fecharse cando nos detemos. Mais sobre todo, no mesmo tempo e menos esforzo que camiñando, o noso barrio de acción multiplícase por catro e máis cidade vén cara a nós. Agora en pospandemia ou nunca xa. Hai estratexias para fomentar o seu uso seguro e a diario: aposta radical por un plan-bici integrado na rede xeral, desde o centro e sen descontinuidades, o seu éxito: ver persoas anciás, embarazadas ou menores; aparcamentos a cuberto e espazo dispoñíbel en portais; campañas de sensibilización e educación como os comboios á escola de Lisboa; o préstamo de bicis públicas inicialmente; espazos para a intermodalidade con autocares ou trens, incentivos de empresas a empregados ou provocar usos: comida ambulante, disco-cinema, mercadorías, policía etc. O concepto inicial, dúas rodas aliñadas ou Laufmaschine, é de Karl Drais ante a falta de cabalos debido á fame negra do 1816. A bicicleta chegou a ser un obxecto de alta tecnoloxía e eficiencia, accesíbel no económico, mínimo mantemento e indestrutíbel, extraordinaria beleza, funcionalidade extrema e proteica versatilidade como transporte e, por tanto, contrario ás lóxicas de obsolescencia ou malgasto do mercado. Á unidade corpo-máquina, con pedais e pneumáticos máis tarde, únese outro perfecto par, o caucho e o asfalto que completan o equilibrio dinámico de deslizarnos polo chan co mínimo rozamento gravado desde a infancia e facéndonos lixeiros como o paxaro, non como a pluma. Con todo, nin por boa conciencia eco nin por bonita moda saudábel, nin por barata e rápida sen suores pero tamén. O seu grande atractivo é o pracer que se experimenta ao montala, a súa indiscutíbel erótica, a sensualidade arrebatadora do tándem corpo-bicicleta até camiñando e herdeira da cultura cabalar. O pedaleo lento e elegante como debe é un enorme gozo que sen grandes tensións estimula as endorfinas; ollen a cara desa ou dese ciclista, aí está a pasar algo, hai droga entre as súas pernas. Descubertos os seus encantos, ninguén baixa. Atrévete a pedalear! Que hai moito por rodar e ademais, hai moito bicio.
NOS_5509
ERC anuncia que votará "non", mentres Bildu facilitará o primeiro trámite parlamentario e o BNG reclama máis recursos para afrontar a crise económica e industrial. PP, Vox e Ciudadanos presentarán unha emenda á totalidade.
O Goberno de Pedro Sánchez segue a procurar apoios para a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado (OXE). As contas afrontarán o seu primeiro exame no Congreso o vindeiro 4 de novembro, cando se votará unha posíbel emenda á totalidade, algo que xa confirmaron PP, Vox e Ciudadanos. De feito, a líder da formación laranxa, Inés Arrimadas, cualificou este sábado os orzamentos de "sablazo a impostos", alén de incorporaren, segundo ela, "medidas populistas e gastos superfluos absolutamente innecesarios". E as previsións de crecemento, dixo, "son ficticias". Tamén mantén o voto "non" ás contas, polo de agora, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC). "O Goberno estatal debería ter entendido que nos vemos obrigados a tombar os orzamentos porque non son bos para a cidadanía", apuntou o seu presidente, Oriol Junqueras. Así as cousas, a portavoz de EH Bildu no Congreso, Mertxe Aizpurua, asegurou que a súa formación avalará as contas na primeira votación, para entrar na discusión de modificación das contas a través de emendas parciais. Con todo, advertiu que Bildu estará "moi atento" para que o Executivo de Sánchez non ceda no recorte de beneficios ás eléctricas. "E se isto acontece, que teña consecuencias para o Goberno", concluíu. O BNG, pola súa banda, afronta as negociacións con vontade de diálogo. O seu deputado no Congreso, Néstor Rego, lamentou que as contas "non responden" as necesidades urxentes do país, mais si representan "un mellor punto de partida". Nun acto en Ferrol, acompañado polo portavoz local, Iván Rivas, Rego exixiu novos investimentos para solucionar a crise económica que atravesan tanto a cidade como a comarca de Ferrolterra, así como unha maior carga de traballo en Navantia e melloras en materia de infraestruturas. O PNV aínda non aclarou o seu voto. O PSOE di que "se es de esquerdas, é difícil rexeitar os OXE" O líder do PSC no Parlament de Catalunya, Salvador Illa, respondeu o anunciado "non" de ERC alegando que "se alguén é realmente de esquerdas é moi difícil dicir que non ao proxecto de OXE" para 2022 presentado polo Goberno estatal. Illa defendeu o "incremento do gasto social" das contas estatais, que a comezos do vindeiro mes serán debatidas na Cámara baixa.
NOS_25005
Shireen Abu Akleh foi alcanzada no rostro por unha bala disparada por un soldado israelí que a matou ao instante.
Un informe elaborado pola Oficina da ONU para os Dereitos Humanos recolle que, tras analizar "todas as informacións recompiladas" por investigadores independentes, as evidencias confirman que Israel foi quen asasinou a xornalista palestina de Al Jazeera Shireen Abu Akleh. As forzas israelís matan dun disparo unha xornalista de 'Al Jazeera' A correspondente foi asasinada o pasado 11 de maio na cidade palestina de Yenín, durante unha operación do exército israelí contra a poboación desta urbe. Abu Akleh, que ía debidamente identificada cun casco e un chaleco coa palabra "Press" ("Prensa" en inglés), foi abatida por un soldado israelí dun disparo na cabeza. A portavoz da oficina da ONU Ravina Shamdasani constatou que "os disparos non chegaron de palestinos armados, como defenderon inicialmente as autoridades israelís", e definiu como "alarmante" o feito de que as autoridades de Israel non iniciaran despois de case dous meses unha investigación criminal sobre o asasinato. Autoridades israelís agriden a poboación palestina no funeral da xornalista de 'Al Jazeera' Para elaborar o informe, os investigadores recolleron as versións das forzas armadas israelís e da Fiscalía Xeral de Palestina. Segundo os testemuños de ambas partes, non existía actividade armada por parte de grupos palestinos no momento do asasinato. Reconstrución dos feitos O 11 de maio a primeira hora da mañá, a xornalista de Al Jazeera chegou á entrada oeste do campamento de refuxiados de Yenín onde nos últimos días se produciran varias agresións por parte de soldados israelís á poboación palestina do lugar. Segundo relataron estes xornalistas, aquel día, e igual que noutras coberturas deste estilo, movéronse polo terreo de forma que en todo momento o exército israelí alí despregado fose consciente da súa presenza e do traballo que estaban a exercer. Investigacións confirman que a xornalista Shireen Abu Akleh foi asasinada "deliberadamente" por Israel Os xornalistas tamén explicaron que as forzas de Israel non lles fixeron ningún chamamento de atención sobre unha posíbel actividade militar na zona na que se atopaban. Nese momento, producíronse os primeiros disparos. A pesar de levar un casco protector, unha bala dun soldado israelí impactou directamente contra a faciana de Shireen Abu Akleh, matándoa ao instante e provocando o shock de varios dos seus compañeiros, como se puido ver en varias imaxes desveladas por medios de comunicación palestinos.
NOS_13462
Unha colección da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega recolle as revistas de corte feminista editadas en galego ao longo de 30 anos. Sermos Galiza percorre estas publicacións pioneiras.
A hemeroteca dixital A Saia toma o seu nome da primeira publicación que, en 1982, foi publicada en galego por un colectivo feminista independente. Este proxecto do Consello da Cultura Galega pon a disposición do público unha documentación do feminismo da Galiza de finais do século pasado. Non se trata só do propio contido e forma das revistas, senón do contexto ao que van ligadas. Cando Galiza aínda vivía os últimos latexos do franquismo, cando a promesa dunha transición alentaba a cidadanía ou cando internet empezaba a soar a algo máis que a ciencia ficción, as mulleres plasmaban nestas publicacións as súas vivencias, desexos e medos. Ademais, documéntanse tamén as accións e debates xerados no movemento feminista ao longo do tempo. Orixe e importancia da colección Mariam Mariño é documentalista, investigadora e técnica da Comisión de Igualdade do CCG desde 2005. Xa nese ano iniciou o Proxecto de recuperación e memoria do movemento feminista organizado de Galiza. Coordinou a compilación e dixitalización das obras reunidas nesta hemeroteca en colaboración con Helena González, investigadora galega directora do ADHUC da Universitat de Barcelona. "Esta colección comeza en 2011, tras varios procesos de doazón, en conversas con Helena González, ao vermos a importancia e posibilidade de que se levase a cabo este traballo" conta Mariño a Sermos Galiza. Desde o Consello da Cultura Galega cualifican o valor desta antoloxía de "indubidábel", non unicamente para a propia historia do movemento feminista, "bastante singular na Galiza", senón para o conxunto da realidade social, histórica e cultural galega. "As revistas permiten recuperar cuestións concretas de mulleres, si. Mais tamén problemas reais de cada un dos momentos históricos de cada unha delas. Hai que lelas como unha memoria social". Alude así Mariño á importancia do contexto histórico destas revistas, as que, insiste, hai que liberar da carga de "cousas de mulleres". Explica Mariam Mariño que, olladas na súa total amplitude, "están fornecendo información non unicamente relativa a iso que chaman cousas de mulleres, senón que tamén falan de loitas sociais e momentos culturais relevantes". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 340 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_44452
A montaxe "Eurozone" de Chévere convértese no espectáculo que máis candidaturas acada para optar á XVIII edición dos Premios María Casares de Teatro. "O home almofada" con seis e "As do peixe" e "Bye, Bye Honey" con cinco seguen na listaxe que fixo pública a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).
A doce premios concorre a montaxe "Eurozone" de Chévere, un espectáculo sobre a crise da zona euro que conseguiu xa un grande éxito de público nas súas representacións no país e moi boas críticas na estadía en Madrid. Parte como triunfadora para os XVIII Premios María Casares que se entregarán no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a quinta feira 27 de marzo, data na que se conmemora do Día Mundial do Teatro. Mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria para Arantza Villar, Mónica García e Patricia de Lorenzo, mellor actor secundario para Manuel Cortés e Iván Marcos, mellor dirección e mellor espectáculo son as opcións que "Eurozone" ten para o 27 de marzo, festa para a que foron seleccionados 11 espectáculos dos 26 que presentaran candidatura. Catro optan a mellor espectáculo "O home almofada", de ilMaquinario Teatro compite por 6 galardóns e "Bye, Bye Honey", de Obras Públicas e Abrapalabra e "As do peixe" de Abrapalabra teñen opción a trunfar en 5 das categorías. "Waltz", de Voadora, conta con 4 nominacións, "A charca inútil", de Teatro do Atlántico, 3 e con aspiracións a un dos premios María Casares quedan as montaxes "C'est la vie", de Matrioshka Teatro; "BailadElas", de Teatro Antroido; "Criaturas", de Teatro do Aquí; "As mil vidas de Matías Housamen", de Teatro de Adro, e "Gaivotas subterráneas", de RTA-Voz Audiovisual-Talía Teatro. A listaxe de nomeados a mellor espectáculo está composta por "Eurozone" de Chévere, "As do peixe", de Abrapalabra Creacións Escénicas, "Bye bye Honey" de Obras Públicas e Abrapalabra e "O home Almofada "i lMaquinario Teatro. Optan á mellor dirección Xron por "Eurozone", Tito Asorey por "O home almofada" e Cristina Domínguez por "As do peixe". Na páxina da AAAG pódese consultar o conxunto das candidaturas.
NOS_49003
A deputada socialista Carmen Acuña acusa o goberno galego de deixar ''sen axudas específicas" das mulleres que as solicitan.
A voceira de Igualdade do PSdeG no parlamento galego, Carmen Acuña, denunciou que a Xunta tan só concede axudas económicas específicas "ao 30 por cento das mulleres que as solicitan, deixando desamparadas a un total de 720 mulleres no ano 2013". Así o manifestou durante a comparecencia do director xeral de Orzamentos na Comisión de Igualdade do Parlamento. Acuña afirmou que, "segundo o informe de impacto de xénero enviado pola Xunta ao Parlamento, no ano 2013 foron concedidas un total de 1.067 solicitudes de protección de mulleres vítimas de violencia de xénero. Destas, só 61 obtiveron axudas a través dun pagamento único, e outras 287 axudas periódicas, deixando ao 70 por cento das mulleres coa protección aprobada quedaron sen axuda específica". A parlamentar afirma que as mulleres que non percibiron estas axudas "ou non recibiron nada ou recibiron a Renda de Integración Social de Galicia –Risga-", que conta cun apartado específico para as vítimas de violencia de xénero. Mesmo neste último caso, advertiu, as beneficiarias viron cómo o goberno "incumpriu o prazo legal dun mes para efectuar o pagamento". Carmen Acuña sinalou que "as mulleres nesta situación límite ven cómo teñen que agardar mais de medio ano, pero a realidade é que non poden agardar porque morren, as matan os seus maltratadores". Exixíu ao goberno galego que habilite medidas específicas para estas mulleres que poidan percibir en prazo dada a situación extrema que están a vivir.
NOS_52280
Un informe do Consello Xeral de Economistas conclúe que a presión fiscal galega é reducida para as rendas altas e elevada para as baixas e medias.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, defendeu esta terza feira que a Galiza continuará coa súa "senda propia" en política fiscal e anunciou que o IRPF, alén de baixar de 9,4 a 9% no treito autonómico como avanzara no seu discurso de investidura, sufrirá unha nova rebaixa en rendas inferiores a 35.000 euros para "paliar a inflación". A Xunta sobe a 50% a bonificación do Imposto de Patrimonio e Rueda insiste en que "é mellor baixar que subir" os gravames Isto servirá, segundo estimou durante a súa comparecencia no Parlamento galego para avanzar as liñas mestras dos Orzamentos de 2023, que cada galego e galega aforrará unha media de 450 euros, o que se traduce nun total de 46 millóns de euros. "A inflación non pode supor para os galegos pagar máis polo IRPF", aseverou Rueda, para avanzar que esta rebaixa de 4,1 terá efectos retroactivos, é dicir, desde o 1 de xaneiro de 2022. As fortunas pagan menos que no Estado; as rendas baixas, máis Malia que o Executivo galego tense gabado en reiteradas ocasións das rebaixas aplicadas sobre o IRPF, a realidade, tal e como informa esta terza feira Nós Diario, é que non chegan por igual aos diferentes niveis de renda. Así, os tramos de ingresos entre 20.000 e 26.999 euros tributaron na Galiza cun tipo de 14%, reducíndose en 2022 a 11,65%, o que significou unha baixada de 2,35% no IRPF. Mais nese mesmo período a rebaixa para as rendas de 60.000 a 99.000 euros foi de 3,1%, dándose un incremento de 0,9% no tramo de renda de 27.700 a 35.199 euros. Os impostos sobre as rendas baixas e medias na Galiza superan os do Estado A contribución media por IRPF dunha cidadá ou cidadán do Estado cunha renda de 45.000 euros é de 9.500 euros. Porén, na Galiza sitúase en 9.680 euros. No caso oposto, as persoas con rendas superiores a 600.000 euros tributan no Estado a razón de 270.000 euros; no caso galego, 258.000 euros. Máximo histórico nas contas de 2023 Por outra parte, o presidente da Xunta detallou que os departamentos de Economía, Industria, Promoción do Emprego e Política Social serán os que máis medren nas contas para 2023, que ascenden até o máximo histórico de 12.800 millóns de euros, o que supón 8,2% máis que as de 2022. Da contía que sobe, Rueda calculou que 40% estará asignado a subas salariais do emprego público, así como para afrontar uns "maiores custos enerxéticos e financeiros" da Administración galega.
NOS_41203
Xa tentara quitarse a vida noutras ocasións.
Funcionarios do cárcere de Brieva (Ávila) atoparon esta mañá morta na súa cela, colgada dun cinto de tea atado á xanela, a Rosario Porto, nai de Asunta Basterra, condenada a 18 anos polo asasinato da nena en Compostela, segundo informan diversos medios e axencias Fontes penais indicaron a EFE que no reconto da mañá os funcionarios botaron en falta á reclusa e cando acudiron á súa cela atopárona aforcada. Tras atopala, avisaron o 112 e os servizos de emerxencia practicáronlle manobras de reanimación, pero só puideron certificar a súa morte. Rosario Porto, avogada, cumpría a pena polo asasinato da súa filla adoptiva e xa cumprira 7 anos en tres prisións -A Lama, Teixeiro e Brieva (Ávila)-. Xa tentara quitarse a vida noutras ocasións.
NOS_27102
Varios colectivos concentráronse diante da Consellaría de Medio Ambiente para protestar polas condicións do vertedoiro de Grixoa.
A Plataforma de Afectados polo Vertedoiro Santiago-Miramontes concentrouse esta mañá diante da Consellaría de Medio Ambiente en Compostela para denunciar a situación deste vertedoiro, que recentemente volveu arder.A Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes, a Plataforma de Casalonga Limpa de Residuos de Teo e a asociación ecoloxista ADEGA levaron pancartas nas que alertaban dos riscos medio ambientais e para a saúde das persoas que supón o mantemento da actividade neste punto de acumulación de lixo, que está "a menos de 400 metros das vivendas". No manifesto que leron diante da Consellaría instaron a Xunta, unha vez máis, a fechar o vertedoiro "por constatados lixiviados e escoamentos do Complexo Ambiental", "porque o vial de acceso incumpre o límite de tonelaxe xa que está só habilitado para a empresa de áridos e non para o volume e tránsito de camións que soporta, "por cheiros ocasionados ás parroquias limítrofes", "porque o lixo non se enterra" e "pola inexistencia dun canon ás verteduras e á incineración de residuos xa que resulta máis barato soterrar ou queimar que xestionar correctamente o lixo". Así mesmo, criticaron a "nefasta xestión" de residuos do Goberno galego e a "falla de implicación" de Medio Ambiente "na correcta xestión dos biorresiduos a través da compostaxe in situ e en pequenas plantas". "A cantidade de materia orgánica que está depositada no vaso é moi superior a 10% permitido e recollido no proxecto construtivo do vertedoiro", manifestaba a veciñanza na denuncia que presentaron diante da Fiscalía para que estude o feche do vertedoiro. A Fiscalía de Medio Ambiente xa trasladou ao xulgado o ano pasado información para avaliar un posíbel delito medio ambiental contra as empresas xestoras do vertedoiro e da planta de elaboración de tecnosolos da canteira de Miramontes, Sertego Servicios Medioambientais SL e Tecnosolos Galaicos SL.
PRAZA_13248
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña inicia unha campaña para animar os familiares dos represaliados a que realicen a denuncia, para afianzar o proceso conducido por María Servini e que pode levar a que se xulgue o xenocidio franquista, con máis de 115 mil desaparecidos aínda en todo o Estado.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña inicia unha campaña para animar os familiares dos represaliados a que realicen unha denuncia formal do seu caso, que a CRMH lle remitirá á xuíza arxentina María Servini de Cubría, que está a investigar o xenocidio franquista. A xuíza estará en España en setembro para tomar declaración aos denunciantes e querelantes, nun proceso para o que conta coa coa colaboración de asociacións que traballan na recuperación da memoria en todo o Estado. A CRMH realizará este mércores unha presentación pública da campaña Querela Arxentina: Xenocidio Franquista; será ás oito da tarde na Asociación Cultural Alexandre Bóveda. "É unha das últimas ocasións que teremos de sentar no banco dos acusados os responsables do franquismo, do xenocidio que tivo lugar no Estado español" Rubén Afonso, secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña , salientou que "é unha das últimas ocasións que teremos de sentar no banco dos acusados os responsables do franquismo, do xenocidio que tivo lugar no Estado español". Sinalou que en España houbo 115 mil desaparecidos, o que o converte no segundo país do mundo, despois de Camboxa, con máis desaparecidos", e lembrou igualmente os 30 mil casos de bebés roubados ás súas nais durante a ditadura. Con todo, recoñeceu que a meirande parte dos posibles culpables nunca poderán ser xulgados, ao xa teren falecido, e puxo como exemplo a Manuel Fraga. Foi precisamente a través da investigación que a CRMH realizou sobre a responsabilidade de Fraga nos crimes da ditadura que a Comisión entrou en contacto co colectivo de xuristas arxentinos que está a investigar o xenocidio franquista. "Preferimos que a xente se presente como denunciante, porque é a forma de que a xuíza reciba as testemuñas do maior número de persoas", indicou a avogada Ana Messuti A Comisión insta a todos os represaliados pola ditadura franquista e aos seus familiares a apoiar a campaña e o proceso xudicial aberto, e explica que poden facelo de tres maneiras distintas: como querelantes, como denunciantes, ou cun apoio máis xeral á inicitaiva. Neste momento, a investigación aberta pola xuíza Servini apóiase nas querelas presentadas por medio cento de persoas, entre eles o lucense Darío Rivas, que estarán obrigadas a ter unha forte implicación no proceso. É por iso que os promotores da investigación prefiren que a meirande parte dos demandantes adopten unha figura de denunciantes, na que simplemente deben describir o seu caso e agardar a que a xuíza lles tome declaración: "preferimos que a xente se presente como denunciante, porque é a forma de que a xuíza reciba as testemuñas do maior número de persoas", indicou a avogada Ana Messuti. Neste momento a CRMH xa conta cunha trintena de denuncias, a meirande parte da área da Coruña e algunha de Vigo, pero espera que coa campaña que vai poñer en marcha sexan moitos máis. A campaña abrangue a persoas que sufriron calquera tipo de represión, non só as que foron asasinadas, senón todas aquelas que estiveron na cadea por defenderen as súas ideas, ou que por ese motivo perderon o seu traballo. As persoas denunciantes enchen unha ficha cos seus datos persoais, explican cal é a súa relación coa persoa que sufriu a represión e describen brevemente os feitos denunciados. En función do número de denunciantes galegos, María Servini podería tomarlles declaración en Galicia, seguramente en Vigo, sede do consulado arxentino. A campaña abrangue a persoas que sufriron calquera tipo de represión, non só as que foron asasinadas, senón todas aquelas que estiveron na cadea por defenderen as súas ideas, ou que por ese motivo perderon o seu traballo Ana Messuti, colaboradora da xuíza Servini, explicou que "queremos que se recoñeza o que pasou, pero queremos que se recoñeza xudicialmente, porque son vítimas dun delicto". A investigación en marcha ten moitas semellanzas coa que realizou o xuíz Garzón con respecto aos crimes das ditaduras chilena e arxentina, pois baséase no principio de xurisdición universal para os crimes de lesa humanidade: "a gravidade dos crimes é tal, que é responsabilidade de toda a humanidade. Un país non ten dereito de pechar as súas fronteiras xurídicas nese caso". En España, polo se agora, sempre se empregou como argumento para non xulgar os crimes do franquismo a Lei de Amnistía de 1977. Porén, para Messuti "a lei de amnistía non necesariamente ten que considerarse un obstáculo. A lei cumpriu a súa función, pero non pode impedir a investigación dun xenocidio. o máis importante é a vontade de interpretación da lei". Son moitos, ademais, os organismos internacionais (dende Amnisíta Internacional a Human Rights Watch) que reclaman a súa derrogación. Messuti salientou que "é o sentimento de xustiza da sociedade civil o que impulsa as causas; sen o traballo constante das nais da Praza de Maio, non se estaría xulgando os xenocidas que se están xulgando en Arxentina". "Temos memoria, temos testemuños, temos foxas con restos, pero non temos xuíces que investiguen isto" "É tremendo que 35 anos despois do fin do franquismo esta xente siga enterrada nas cunetas, é inaceptable" Pola súa banda, Rubém Centeno Paradela, en representación do colectivo de persoas denunciantes, salientou que "temos un problema moi grande de memoria e de falsificación histórica: os nosos familiares non morreron por unha cuestión natural, nin sequera morreron nunha guerra; eran persoa que tiñan o seu traballo ou militaban en organizacións políticas e que pola súas ideas políticas foron condenados a morte sen xuízo, sen posibilidade de defensa e os seu corpos foron feitos desaparecer". E engadiu que "é tremendo que 35 anos despois do fin do franquismo esta xente siga enterrada nas cunetas, é inaceptable. En calquera país europeo isto sería impensable". Centeno, concluíu que "temos memoria, temos testemuños, temos foxas con restos, pero non temos xuíces que investiguen isto. Hai xente nas instancias xudiciais e políticas que están obstaculizando esta investigación. Non queremos unha revancha, só queremos que haxa un recoñecemento do que pasou, e isto segue negándose 35 anos despois" Impreso que deben encher os denunciantes para sumarse á querela (.pdf)
NOS_18105
Centos de vehículos participaron da manifestación que comezou nos municipios de Xove, Mondoñedo e Barreiros e finalizou nos de San Cibrao, O Valadouro e Foz, respectivamente, contra a reforma da lei de saúde.
Os concellos da Mariña volveron mostrar a mañá deste sábado a súa oposición á reforma da lei de saúde que suprimirá a súa área sanitaria, xunto as de Monforte, O Barco e O Salnés, para centralizar a atención. Centos de vehículos en tres caravanas participaron da manifestación contra unha medida que consideran "afastará os servizos sanitarios" á veciñanza da comarca. A nova protesta, despois da concentración do pasado sábado, partiu de forma simultánea dos municipios Xove, Mondoñedo e Barreiros, para finalizar nos de San Cibrao, O Valadouro e Foz, respectivamente. Ao remate, realizaron nestas últimas localidades concentracións nos centros de saúde. Segundo o Plataforma na Defensa dá Sanidade Pública da Mariña, Víctor Vila, cuestionou os argumentos para baleirar e centralizar os servizos e competencias das área sanitarias comarcais. Así, asegurou que suporá para os veciños e veciñas "moitos máis desprazamentos" ao Hospital Universitario Lucus Augusti, en Lugo para recibir atención médica, segundo declaracións recollida pola axencia Europa Press. Sinalou como exemplo o Hospital da Costa, onde desde hai ano e medio "non se implantan marcapasos o que significa que para cambiar unha simple pila, os pacientes teñan que desprazarse até Lugo". Vila foi un paso máis alá e advertiu de que o obxectivo real que esconde a reforma é "pór no mesmo plano a sanidade privada e a pública". Perto de 80.000 persoas adscritas á área sanitaria da Mariña están afectadas pola medida. A veciñanza denuncia. Un ano para unha primeira consulta preferente en cirurxía cardiovascular.Máis e mellores servizos na Mariña @ppdegalicia e @BalseiroLugo? pic.twitter.com/ftT6aFJyEV— CIG SAÚDE A MARIÑA (@CIGSAUDEMARINHA) 16 decembro 2017 Por outro banda, na protesta do persoal do Hospital da Costa participou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que volveu a criticar a "contrarreforma" sanitaria do PP, a quen acusou de ter como única preocupación "desmantelar a sanidade pública a favor de intereses privados que pretenden facer negocio coa saúde das persoas".
NOS_55971
"Os riscos derivados destas prácticas supoñen un perigo tanto para os traballadores do servizo como para os propios pacientes e para o resto da poboación", indica o sindicato.
A Confederación Nacional de Traballo (CNT) denunciou este mércores "deficiencias" no transporte non urxente no contexto da situación de emerxencia para o coronavirus Covid-19 con "ata sete pacientes xuntos nunha ambulancia" na área sanitaria de A Coruña. Así o indicou a CNT nun comunicado, no que asegura que as empresas Ambulancias Maria Pita SL., Servicios Sanitarios da Coruña SL e UTE Servicios Sanitarios da Coruña SL, concesionarias do servizo de transporte non urxente e hospitalario na zona. de A Coruña e Cee "están ordenando levar até sete pacientes xuntos na ambulancia, ás veces incluso na cabina do condutor". "Ademais de contravir todo tipo de regulacións internas e lexislacións galega e estatal, é unha práctica totalmente e absolutamente contraria ás indicacións da propia Organización Mundial da Saúde decretada polo risco de infección e contaxio existente para todos os cidadáns", reprochou a CNT. Para este sindicato, "os riscos derivados destas prácticas supoñen un perigo tanto para os traballadores do servizo como para os propios pacientes e para o resto da poboación", que engade, "ven como o contaxio pode estenderse de forma rápida e incontrolábel como abondan exemplos" no Estado español e fóra del Neste sentido, esta central sindical destaca que "a propia Xunta incumpre toda clase de normativas sobre prevención de riscos, incluso pedindo aos técnicos de emerxencias que non entren en contacto cos pacientes", aclara a CNT no comunicado, "e optimizar o uso de traxes de protección debido á escaseza deles". Por iso, solicita á Subdelegación do Goberno na Coruña que "investigue os feitos" e, se é o caso, "impoña as sancións que poidan corresponder ás empresas denunciadas". Protección A inicios desta semana desde a CIG de Compostela denuncian que a falta do número suficiente de equipos de protección individual (EPI) pode converter as ambulancias da área sanitaria de Santiago e o Barbanza nun foco de infección. Informan de que na actualidade hai catro traballadoras e traballadores en corentena logo de ter trasladado pacientes que finalmente deron positivo en coronaviru
PRAZA_664
María Torres e Gonçalo Guerreiro codirixen a gala deste ano que se celebrará este xoves 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña ás 21 horas.
"Un ceo de mil bombillas iluminará uns Premios María Casares que viaxarán, da man da compañía Elefante Elegante, á multiculturalidade". Así se definiu a gala dos XIX Premios de Teatro María Casares, que se celebrarán o próximo ás 21 horas deste xoves 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro, no Rosalía Castro da Coruña e que foi presentada no Concello da Coruña. Os galardóns, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), convértense anualmente e dende 1997 na gran celebración da escena do país. A concelleira de Cultura, Ana Fernández, destacou o apoio da cidade ao teatro, mentres que Jacobo Sutil, director de Agadic, definiu os premios como un gran "estímulo para visibilizar a actividade teatral de todo un ano" e celebrou, como o resto de intervintes, a importancia da creación dun premio ao mellor espectáculo infantil, "unha boa noticia" que pon "o foco sobre os espectadores do futuro". Juan Carlos Fasero, director de SGAE-Noroeste, amosou a "ledicia da SGAE" por colaborar nos María Casares e sinalou a gran cantidade de persoas que participan nas obras de teatro como a importancia dos textos das obras deste ano, "unha boa colleita". A Asociación de Actores destaca a relevancia dos galardóns para "dar visibilidade á actividade teatral" nestes momentos difíciles Ricardo de Barreiro, en nome da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), destacou na súa intervención a relevancia destes galardóns á hora de lle "dar visibilidade á actividade teatral" nuns momentos difíciles para todos. Para De Barreiro, o sector escénico, malia as circunstancias, está a responder cun labor de calidade e de relevancia social para o país, como así o demostran os dezaseis espectáculos que este ano aspiran a algún dos catorce categorías cos que contan os María Casares e que nesta edición, e tal como subliñou, inclúen unha nova categoría. "Creouse o Premio ao Mellor Espectáculo Infantil para visbilizar a unhas obras e unhas compañías que traballan con gran calidade para uns espectadores, a rapazada, que xa é público de hoxe, pero que ten que selo no día de mañá", sinalou para despois destacar "a esencial importancia" do teatro familiar como "construtor de públicos". De Barreiro lembrou que as tres obras con maior número de nomeacións son A tempestade, de Voadora, con 10 nomeacións; Perplexo, de IlMaquinario Teatro, con 9, e Ultranoite no País dos Ananos, de Chévere, con 7. Unha viaxe cara á multiculturalidade María Torres e Gonçalo Guerreiro, codirectores de Elefante Elegante, sinalaron que os María Casares deste ano suporán "unha viaxe cara á multiculturalidade". Precisamente, a idea de viaxe dende diferentes puntos de vista funcionará para a ambientación da gala. A cerimonia servirá, deste xeito, de "espello de vida dos actores", que viviron durante moito como viaxeiros forzados nunha época na que se movían polo mundo en troupe. Ese concepto, o de troupe, será esencial no desenvolvemento da cerimonia que prepara Elefante Elegante, cuxo elenco estará formado por Iria Pinheiro, Ángela Blanco, Pablo Sánchez e os propios María Torres e Gonçalo Guerreiro. Para os directores da gala, a "itinerancia como xeito de vida", "ser artista ao lonxe" ou o "a emigración" son algunhas das perspectivas de viaxe que tocarán ao longo da gala, mais será a multiculturalidade o cerne da cerimonia. As viaxes significa o camiño perfecto para a mestura, a fusión e o intercambio de ideas, imprescindible para o proceso da multiculturalidade, que non deixa de ser "unha gran riqueza" e a "expansión das posibilidades do ser." Con esta concepción, Elefante Elegante proporá uns María Casares viaxeiros nos que estarán acompañados pola música de Kibitka, formación multiinstrumental que se define así mesma como unha caravana, como unha casa migratoria. Precisamente, a bagaxe e as viaxes das persoas que conforman o grupo trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Galicia ou Rusia agregaron ritmos e influencias e rescataron sonoridades esquecidas nun repertorio que lle porá a banda sonora a gala ideada por Elefante Elegante. Nesta viaxe cara á multiculturalidade que propón Elefante Elegante, a gala dos María Casares transcorrerá baixo un ceo de mil bombillas que poderán iluminar, segundo explica o responsable da escenografía Suso Montero, coa luz lene das vagalumes ou con toda a potencia do sol. Ese manto de lámpadas será a peza fundamental da escenografía que envolverá os cinco actores e seis músicos que estarán sobre o escenario dunha gala cuxa construción do decorado correu a cargo do Centro Dramático Galego. Pola súa banda, o Vestiario orixinal está confeccionado por Marcia Edleditsch coas súa marca Efímera, que presenta unha proposta de deseño a partir da mestura de estilos, texturas e cores do mundo. Un traballo creativo con aires do universo das fadas que nos transporta ao circo modernista mais extravagante. Finalmente, a coordinación e a produción executiva dos Premios María Casares recaeu en Marta Horjales.
NOS_49691
O Barcelona, que mantén o seu liderado na liga, levou por diante o Celta no Camp Nou ao lle meter cinco goles. Os de Berizzo non foron quen de facer subir ningún tanto ao marcador.
Un Celta irrecoñecíbel caeu fronte ao Barça por cinco goles a cero nun partido que lle deu azos aos homes de Luis Enrique para remontar o PSG esta cuarta feira no partido de Champions. O protagonista do primeiro tempo foi Messi, que estreou o marcador nunha xogada que iniciou el propio desde o centro do campo. O segundo tanto foi obra de Neymar, que asinou unha gran vaselina. No segundo tempo, Rakitic e Umtiti, a pase de Messi, despexaron dúbidas de calquera remontada dun Celta que parecía inexistente e que apenas xerou ocasións. No minuto 64 Messi marcaba o quinto gol e puña fin á goleada. Barcelona: Ter Stegen; Gerard Piqué, Umtiti, Jordi Alba; Sergi Roberto (Inuesta, min.68), Sergi Busquets (Sergio Busquets, min.61), Rakitic, Rafinha; Messi, Luis Suárez e Neymar (Denis Suárez, min.66). Celta: Sergio Álvarez; Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Roncaglia, Jonny; Radoja, Wass (Marcelo Díaz, min.69), Bongonda (Pione Sisto, min.51), Aspas; e Guidetti (Jozabed, min.62). Goles: 1-0, min.24: Messi. 2-0, min.40: Neymar. 3-0, min.58: Rakitic. 4-0, min.61: Umtiti. 5-0, min.65: Messi. Árbitro: Jesús Gil Manzano, do comité estremeño. Amoestou Sergio Busquets (min.20), Cabral (min.36), Radoja (min.38) e Sergi Gómez (min.49).
NOS_50016
O proxecto colaborativo nado en Compostela atende á lingua do país e fornece un coñecemento da profesión de tradutora. É a terceira edición deste galardón.
O proxecto cooperativo Numax foi premiado hoxe co III Premio Xela Arias que outorga a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) pola súa posta en valor da lingua galega. Trátase dun galardón simbólico dirixo a entidades, persoas ou compañías que destaquen pola promoción da labor das tradutoras e intérpretes do galego a outro idioma e viceversa. Nesta ocasión o xurado decidiu recoñecer o labor de Numax a prol de dar a coñecer a profesión e "pór en valor o galego como lingua de traballo". Para a entidade promotora é preciso destacar que esta iniciativa de cooperación é, desde as súas orixes, un proxecto que "aposta no galego, procurando úsalo como lingua de divulgación do audiovisual". De feito, na sala de cinema poden apreciarse filmes no idioma e tamén se emprega no programa destinado ás crianzas "Numax na escola". Ademais, destacan que nos créditos sempre aparecen os nomes das persoas profesionais da tradución. Na primeira edición foi recoñecido o traballo da tradutora María Alonso Seisdedos. O ano pasado o premio foi a parar á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
PRAZA_7766
Alcaldes, concelleiros, deputados e militantes populares acudiron ao xulgado para apoiar o ex presidente da Deputación. Do outro lado, afectados polas preferentes, membros do 15M e do colectivo STOP Nepotismo apuparon a Baltar e acusárono de "corrupción"
José Luís Baltar non deixa indiferente. Son moitos as persoas que o apoian na provincia de Ourense, sen dúbida, e tamén son moitisimos os que levan anos denunciando as súas prácticas á fronte da deputación. A súa declaración este mércores nos xulgados de Ourense para das conta das acusacións de contratación fraudulenta de máis dun cento de persoas chegaba, ademais, nunha semana na que a sensibilidade da poboación ante a corrupción exercida polos representantes públicos estaba a flor de pel. Pola mañá Luis Bárcenas foi recibido con berros de "chourizo" en Madrid. E pola tarde tamén se escoitou ese cualificativo en Ourense, ao igual que o de "corrupto" "ladrón" ou "cacique", pero tamén houbo aplausos. Varias ducias de alcaldes (entre eles os de Bande, Celanova, Melón, Monterrei, Quintela de Leirado, Pereiro, A Porqueira, Ramirás, A Rúa, Sandiás ou Xinzo), concelleiros e deputados do Partido Popular afíns aos Baltar concentráronse ás portas do xulgado para recibir o ex presidente da Deputación e manifestarlle o seu apoio. Fronte a eles, tamén se concentrara un bo número de persoas para protestar contra Baltar e botarlle en cara a súa xestión e as prácticas clientelares polas que é acusado: afectados polas preferentes, membros do 15M e do colectivo STOP Nepotismo. Os aplausos e insultos dirixidos contra Baltar convertéronse en berros e acusacións entre os dous grupos de concentrados. Houbo empurróns e mesmo algunha patada E a chegada do imputado fixo agromar a tensión. Os aplausos e insultos dirixidos contra Baltar convertéronse en berros e acusacións entre os dous grupos de concentrados. Houbo empurróns e mesmo algunha patada. Rapidamente Baltar foi introducido no interior dos xulgados e a tensión rebaixouse de inmediato. O ex presidente da Deputacion non quixo facer declaracións á súa chegada e limitouse a dicir que estaba "tranquilo". Os e as concentradas para protestar contra Baltar continuaron no exterior repetindo acusacións de enchufismo e nepotismo e con faixas alusivas a que "isto non é un xuízo, é un entroido"
NOS_15165
As danzas de Madamas e Galáns volven ser o prato forte nos días do entroido de Cobres, no concello de Vilaboa (O Morrazo). Aínda que non se coñece exactamente a súa orixe, a tradición remóntase ao século XVII.
A herdanza cultural das Madamas e Galáns pasou de xeración en xeración e mantense vive nunha celebración tan sorprendente como vistosa que ten lugar nas parroquias de San Adrián e Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa. Durante os días de entroido, de sábado a terza feira e desde o amencer até o solpor, as Madamas e Galáns percorren os distintos lugares de Cobres para agasallar cos seus bailes as veciñas e veciños. Xotas, muiñeiras, o agarradiño e a popular danza dos Cobres, propia da zona, levan a alegría porta a porta. A tradición marca que Madamas e Galáns entren nas casas, sobre todo de quen non pode asistir aos actos de celebración do entroido por estaren impedidas ou impedidos, e en recompensa polo reparto de ledicia reciben unha doazón ou un agasallo. Unha tirada de foguetes agrade o ofrecemento, que remata cunha actuación na carpa en Riomaior. Sen máscaras nin antifaces A vestimenta do entroido de Cobres, onde non se cobren as caras con máscaras nin con antifaces, cóidase ao detalle. Cintas, abelorios, reloxos… son algúns dos elementos que contribúen a darlle beleza a todo o conxunto, que destaca especialmente polos suntuosos sombreiros, verdadeiras xoias artesanais que esconden un laborioso traballo de semanas. E é que facer un sombreiro de Madama (que pode chegar a pesar 7 kg), con flores, brillantes, pequenos adornos, espellos, monecos, plumas…, leva ao redor de un mes. Rechamantes saias con encaixes, chambra branca cun peitoril con cadeas e faixas, cintas e sobresaias son as principais características do traxe das mulleres. Os sombreiros das madamas poden chegar a pesar até 7 kg. A vestimenta dos Galáns é semellante, en cores, á das Madamas, pois tamén se compón de sombreiro de flores, aínda que neste caso é máis lixeiro. Levan camisa branca con adornos de cintas de cores, garabata encarnada, pano de seda que cae da cintura até os xeonllos e pantalón branco con liña lateral de cor. Os de Branco, nome co que se coñece outro dos personaxes do entroido de Cobres, cobren a cabeza cunha pucha plana encarnada adornada con cintas no caso de que sexan homes e no caso de que sexan mulleres portan menos abelorios que as Madamas e levan a cabeza ao descuberto. As coñecidas como Aldeás forman o final da comitiva e vístense con traxes de diferentes oficios e costumes. A vestimenta deste entroido, ao igual que os pasos e posicións que ocupaban as e os participantes nos bailes, representaba as distintas posicións económicas e os roles sociais. Fecha os personaxes deste popular entroido o predicador, unha figura enigmática, que non revela a súa identidade, e que no seu discurso critica todos os acontecementos que ocorreron na vila no último ano. O día grande A terza feira é o día grande do entroido de Cobres. Pola mañá, as Madamas e Galáns fechan o seu percorrido para celebrar á tardiña a tradicional corrida do galo, o acto principal da xornada, que tamén conta con desfiles e xogos populares. As máis novas e os máis novos tratan de arrebatarlles aos vellos do lugar un obxecto que substitúe o galo empregado hai anos. Faise con actividades cargadas de simbolismo como son o "galo no río" ou "o galo na vara". A primeira delas consiste nunha vara de madeira engraxada que se cruza sobre o río e pola cal as persoas participantes terán que cruzar a pé, sen caer, para coller o "galo" suxeito na punta. Quen non o consegue cae ao río sen ningunha recompensa mais quen o logra, amais do galo, leva cartos. A segunda consiste nunha vara de madeira duns cinco metros, cuberta de graxa, pola cal teñen que subir as persoas participantes para poder recoller o "galo", que se atopa na parte máis alta. O premio en metálico está garantido para quen recupere tan prezado símbolo. Na corrida do galo empregábase unha ave de verdade, práctica que caeu en desuso até que, en 1991, chegou a prohibición do uso do animal Até os anos corenta, na corrida do galo empregábase unha ave de verdade, práctica que caeu en desuso até que, en 1991, chegou a prohibición do uso do animal. Porén, antano, durante a mañá da terza feira, percorríanse os galiñeiros das parroquias na busca do mellor galo. Os máis experimentados coidaban do elixido para que ninguén llo levase. Durante a tarde, os gardiáns enterraban nunha foxa o galo, deixándolle a cabeza fóra, e danzaban até que alguén do público arrincaba a correr, collía o galo pola cabeza e fuxía. Os gardiáns acababan atrapándoo e recuperaban a ave. Entraba entón en escena o predicador, que lanzaba desde o púlpito o coñecido como Sermón do Galo, que cargaba contra as veciñas e veciños. O público respondía de maneira activa facendo abanear o palco até facer baixar o predicador. As Madamas, sable de madeira na man, eran as encargadas de sacrificar o animal. Este tradicional entroido non sería posíbel sen o esforzo da Asociación Cultural de Cobres, sen a colaboración do Concello de Vilaboa e, sobre todo, sen a participación de veciñas, veciños e visitantes que fan, cada ano, unha festa maior caracterizada pola súa antigüidade, pola vestimenta e polo compromiso. [Esta peza creouse para o A FONDO especial sobre o entroido publicado xunto ao Sermos Galiza 283, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_53254
Cando a tecnoloxía se xunta coa tradición aparecen proxectos como Badilisha. Grazas a el as voces de África resoan por todo o mundo.
"No primeiro sonhoEu sonho-te!Sonho-te ser humano,assim, a inchares o ventre de uma mulher.Sonho-te assim, a romperes-lhe a carnee pelo seu sangue, deslizares para o ventoreceberes o beijo sol" Así comeza o poema titulado Insídia do tempo, de Tina Mucavele, poeta de Mozambique. É unha das perto de 400 poetas que aparecen no Badilisha Poesía X-change e é o exemplo do que acontece, ou pode acontecer, cando a poesía se xunta coa tradición. "É o maior arquivo en liña de poetas africanos de todo o planeta. É colectivo e reflicte a miríade de ritmos e rimas, voces, perspectivas e aspiracións de todos os cantos do globo". Badilisha Poesía X-change é un arquivo de audio on-line de poesía africana entregado en formato radiofónico, en podcast. É o maior arquivo en liña de poetas africanos de todo o planeta. É colectivo e reflicte a miríade de ritmos e rimas, voces, perspectivas e aspiracións de todos os cantos do globo. Badilisha Poesía X-change ten arquivados uns 400 poetas africanos de 24 países diferentes. Cada semana, dous poetas novos son presentados no sitio web e vía podcasts. Estes poetas representan unha gama ancha de voces, xéneros e lingua, reflectindo así evolucións e tendencias contemporáneas ao lado de algún dos xigantes históricos de poesía africana. Linda Kaoma é a xestora do Badilisha, xustifica a aposta: " Decatámonos de que non estabamos a cumprir co obxectivo de alcanzar todo o público en África. Creamos unha aplicación de móbil que pode ser accedida por case todos os móbiles e a resposta foi excelente" , dixo ao The Guardian Badilisha comezou en 2008 como un festival anual de poesía internacional e así permaneceu durante tres anos, combinando os festivais cunha serie de intervencións en forma de seminarios, talleres e programas. En 2012 evoluciona para un arquivo de audio e espectáculo de radio coa pretensión de facer facilmente accesíbel a poesía panafricana e lograr unha audiencia global. Con 3000 mes vai camiño de lograr ambos obxectivos. A utopía é posíbel Na utopia Na essência utópica de ser humano o Amor nasce e cresce como o ar que respiro e nossos corpos quentes juntam-se e entrelaçam as nossas auras no chapa cem e comunicam-se as almas o bem quer de ser humano apagando nos corações angustia cansada de ser vulgar Utopía (Tina Mucavele)
PRAZA_15477
A Consellería de Medio Ambiente publica o ditame que dá o visto e prace ao polémico proxecto mineiro e no que a empresa nega que os niveis de arsénico sexan perigosos e no que xustifica o uso do cianuro. Informe no interior.
Agochado, moi agochado, na súa páxina web, a Consellería de Medio Ambiente publicou este luns o ditame da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da explotación mineira impulsada pola empresa canadense Edgewater a través da marca Grupo Mineiro Corcoesto en Cabana de Bergantiños. Tal e como xa adiantara o pasado venres, o Goberno considera "ambientalmente viable" un proxecto a ceo aberto que, tal e como recoñece o documento, producirá máis de 17 millóns de toneladas de residuos durante a súa vida útil. A mina producirá 17 millóns de toneladas de residuos durante a súa vida útil Confirmado o visto e prace do Executivo ao proxecto, duramente criticado por veciños, entidades sociais e colectivos ecoloxistas, a plataforma contraria á mina considera -á espera dunha análise máis polo miúdo- "unha trapallada e un despropósito" un informe que "semella feito pola propia empresa" e que é "incoherente". Así, anuncian xa que meditan levar aos tribunais un proxecto que, como denuncian, suporá "unha bomba" para o futuro económico, social, paisaxístico e medioambiental da zona. A plataforma contraria á mina cre "unha trapallada e un despropósito" a DIA Así "entre as medidas que garanten a viabilidade ambiental" Medio Ambiente xa citara nunha nota de prensa "as dirixidas a garantir a integridade do espazo natural protexido río Allóns" e a "salvagardar os seus valores naturais". "Para isto", afirma, abondará con que a extracción de ouro se produza "a unha distancia de 140 metros do espazo protexido", algo que a veciñanza considera "ridículo". O ditame da DIA non é máis que unha lexitimación do proxecto no que se enumeran as medidas que ten previsto tomar Edgewater para evitar os evidentes efectos nocivos que provoca esta mina de 774 hectáreas a ceo aberto, 20 millóns de metros cúbicos de estériles de mina e 100.000 toneladas anuais de estériles de mina tratados con cianuro-sosa cáustica-ácido clorhídrico, tal e como denuncian os colectivos ecoloxistas. Precisamente, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) xa advertiu que un artigo de investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a Universidade de Vigo sobre os niveis de arsénico na conca do río Anllóns demostran que a antiga mina de ouro desta zona de Bergantiños duplicou xa a cantidade de arsénico presente ao atravesar a zona de Corcoesto ata chegar á metade do límite aceptable en augas para consumo humano. Así, advírtese do risco dun proxecto moito máis grande, máis perigoso e máis destrutivo. A empresa asegura no informe que "o contido de arsénico do vertido é inferior aos valores dalgúns mananciais da zona" No entanto, e en canto ao nivel de arsénico, a DIA indica que a empresa canadense asegura que "o contido en arsénico do vertido calculado (0,077 mg/l) presenta un contido claramente inferior aos valores dalgúns dos mananciais da zona (ata 0.191 mg/l) e moi inferior ao valor das augas subterráneas profundas (0.593mg/l) ademais de ser do mesmo orde de magnitude que o criterio de calidade para canles". Edgewater recoñece que o cianuro é "un dos principais contaminantes" pero asegura que as directivas comunitarias avalan o seu uso Ademais, e respecto das alegacións que advertían de que o cianuro empregado nestas explotacións non é recomendado pola UE, que incluso pensa vetalo, Edgewater tamén ten resposta. "Se ben é certo que no Anexo VIII da Directiva Marco sobre política de augas(directiva 200/60/CE) o cianuro está considerado como un dos principais contaminantes tamén o están outras substancias de emprego común (biocidas, fitosanitarios etc)", asegura para, a continuación, manifestar que "na proposta da comisión europea de 31/1/2012 para modificar as Directivas 2000/60/CE (Directiva Marco) e 2008/105/CE (normas de calidade ambiental) séguese sen considerar ao cianuro como substancia prioritaria" para a súa prohibición. En canto á posible afectación dos ríos, a DIA asegura que "o promotor indica que (...) se demostra que non se deteriora a calidade das augas do río Anllóns, e non habendo afección ó río non haberá afección as augas mariñas". Ademais, aclara tamén que "con relación ao réxime hídrico subterráneo; o proxecto só afectará a un 23% do total dos recursos subterráneos das cuncas onde se implanta, pero o bombeo e devolución o medio dos caudais implica que non se afectará ó réxime hídrico do Anllóns". A compañía nega que os traballos afecten as augas do río Anllóns, malia que un estudo científico indica o contrario Do mesmo xeito, e tal e como adiantara a Xunta, a empresa prevé extraer "1.095.000 onzas de ouro" a través da denominada "minaría de transferencia", nuns traballos que producirán ocos no terreo pero que, asegura, serán enchidos "con estériles prodecentes das cortas en explotación", polo que "o enchido dos ocos e da entulleira dará lugar a dúas elevacións integradas coa paisaxe". Ademais, defende, "unha vez rematada a extracción do mineral e o proceso de transferencia de estériles quedará un oco final obxecto de restauración a modo de lagoa, xerando unha lámina de auga libre dunhas dezaoito hectáreas". Ao fin e ao cabo, para a Xunta a creación do emprego é un argumento máis que válido para xustificar a súa aceptación. A mina "atópase en tramitación para ser declarado proxecto industrial estratéxico" por parte da Consellería de Economía e Industra "pola súa capacidade dinamizadora da economía" e dará lugar "á creación de 270 postos de traballo directos cunh estimación de máis de 1.000 indirectos" na comarca.
PRAZA_14994
Os medios públicos galegos acordan co comité de empresa que o promedio de persoal que traballe o 14-N non terá que superar o 15% e os programas informativos non superarán os 20 minutos, incluíndo a información meteorolóxica
"Por primeira vez, visualizarase nos medios públicos o seguimento dunha folga xeral por parte do seu persoal". Deste xeito resumen as organización sindicais as negociacións entre a Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e o seu comité de empresa, que veñen de culminar co que consideran "un acordo histórico". Segundo informa a CIG, este acordo no ente público trae consigo que os servizos mínimos se cingan unicamente á "produción e emisión na TVG, na Radio Galega e nos medios interactivos dos programas informativos", que ademais se "limitarán á inclusión de noticias ou informacións que sexan de actualidade e teñan a inmediatez necesaria para garantir o cumprimento do dereito á información". Estes contidos serán elaborados por un volume de persoal "que non poderá superar o 15% do promedio" e os programas informativos "terán unha duración de 20 minutos, inclúindo a información meteorolóxica", nun contexto no que, ademais, a audiencia terá coñecemento directo de que as mudanzas se deben ás mobilizacións. Así, ás 00:00 do 14 de novembro a TVG amosará en pantalla unha sobreimpresión co texto "TVG, RTG e CRTVG.es poderían emitir hoxe unha programación ou contido distinto do habitual debido á convocatoria de folga". "Esa mesma sobreimpresión -detallan- pasará ao principio e ao final de cada programa alternativo, un minuto". A TVG e a Radio Galega emitirán mensaxes que salienten a variación da programación a causa da folga Na Radio Galega esa mesma mensaxe emitirase a través dunha locución que aclare que "TVG, RTG e CRTVG.es están emitindo hoxe unha programación ou contido distinto do habitual debido á convocatoria de folga xeral" e, na web da compañía, "aparecerá un banner permanente na páxina de inicio e en zona visíbel", explica o sindicato. O acordo entre persoal e empresa complétase sinalando que tamén serán servizos mínimos "as declaracións ou comunicacións oficiais de interese público esencial" e a "emisión de programación alternativa pactada", isto é, "a redifusión de películas, documentais ou programas emitidos previamente e a emisión dos programas Era visto e Larpeiros, gravados con anterioridade á xornada de folga". "Alén diso, a programación será identificada como redifusión", acordaron. Este acordo acadado nos medios públicos levou a Xunta a convocar os sindicatos do sector público para "tentar desbloquear" a negociación do resto de servizos mínimos, a cal, di a CIG, "todas as partes deran por rematada e que non deu ningún froito por mor do inmobilismo da Xunta". Así e todo, non houbo acordo en ámbitos como o Sergas, que "impuxo uns servizos mínimos que superan a presenza" de persoal "nun domingo ou festivo". Do mesmo xeito, na Administración xeral tampouco haberá acordo, polo que a CIG recorrerá os servizos mínimos nos tribunais.
NOS_14089
Recibiu un 70% do apoio da militancia de EU
Eva Solla continuará á fronte de Esquerda Unida (EU) ao imporse á lista que encabeza o ex alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e que fecha Suso Díaz, pai da ministra Yolanda Díaz. Nunhas votacións decorridas de forma telemática e presencial entre o 30 de xuño e o 4 de xullo que serán referendadas na XIII Asemblea Nacional do próximo 10 de xullo, a militancia apoiou de forma maioritaria a proposta política e organizativa da actual dirección, encabezada por Solla, fronte ao proxecto alternativo, que apostaba por continuar coa senda das confluencias. A lista de Solla obtivo 69,71% dos votos polo 26,5% da lista alternativa Así, o rumbo elixido quere "fortalecer" Esquerda Unida e facela "visíbel" após unha etapa en que consideran que os procesos de confluencia e a unión con forzas como Podemos e Anova debilitaron a capacidade de proxección exterior de EU. Todo iso sen renunciar á confluencia, sempre que se produza, remarca o documento de balance de xestión, no marco dunhas relacións "de equidade" á hora de tomar decisións e da visibilización externa das marcas. Críticas á "ausencia de traballo de Gómez-Reino" O documento critica a "ausencia de traballo" de Antón Gómez-Reino, candidato da confluencia nas pasadas eleccións galegas e líder de Podemos na Galiza. Repróchanlle ademais que non cumprise a promesa de deixar o escano no Congreso para centrarse na política galega -ademais, sería relevado no Congreso por unha membro de EU- e que a campaña das galegas se desenvolvera "nun clima de control" por parte de Podemos coa intención de "reducir e centrar" a estratexia electoral "nunha soa persoa". A dirección que encabeza Solla tamén apunta as súas críticas a Yolanda Díaz, á que afean a súa decisión de abandonar EU e que "o traballo coordinado co grupo de En Común no Congreso non fose posíbel". A lista de Solla obtivo 69,71% dos votos polo 26,5% da lista alternativa, na que figuraban, ademais de Suárez, outras caras do chamado 'municipalismo' como as edís de Compostela Aberta María Rozas e Noa Morales ou o ex deputado Juan Fajardo. Destaca a ausencia en ambas as listas do actual secretario de Organización e portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez.
NOS_4569
O titular de Educación defende a liberdade das familias para escolleren, e subliña que o Superior galego resolveu até tres veces en contra dos recursos de CIG, CC.OO. e UGT nos que pedían rescindiren os concertos. Omitiu Vázquez que as sentenzas do TSXG foron recorridas perante o Supremo, instancia superior
"Eu creo na liberdade de elección por parte das familias e creo nun réxime democrático onde as familias participen nos modelos educativos dos seus fillos". Malia apuntar que o seu departamento "ten a obriga" de analizar a sentenza do Tribunal Supremo en que se prohiben as subvencións a dous centros que segregan o alumnado por sexos, o titular de Educación na Xunta de Galiza, Jesús Vázquez, foi taxativo á hora de expresar a súa postura respecto da posibilidade de, ollando cara a estes dous colexios de Andalucía e Cantabria, pór as barbas a remollo e pechar a billa do financiamento público aos cinco centros que no país tampouco permiten que nenas e nenos partillen aula. Así as cousas, Monte Castelao, Las Acacias e Aloya en Vigo; e Montespiño e Peñarronda na Coruña son colexios segregacionistas e reciben, segundo os datos da federación de Ensino do sindicato CIG, ao redor de 3 millóns de euros por medio dos concertos da Xunta cos centros privados. Ao fío, a central nacionalista empraza a Xunta a rescindiren os concertos --ao igual que fixeron BNG e PSOE-- e confía en que o Supremo se manifeste no mesmo sentido a respecto do recurso que presentou, argumentando como o está a facer neste caso, a incompatibilidade da Lei Orgánica de Educación que impide a discriminación por razóns de sexo coas subvencións con cartos públicos. En declaracións a un programa de radio, Jesús Vázquez evitou das cifras a respecto do aforro que suporía para a consellaría a cancelación dos concertos cos cinco centros. Mais recalcou que o Tribunal superior de xustiza de Galiza avalou en até tres ocasións as axudas públicas que van parar a estes colexios, resolvendo contra outros tantos recursos presentados polos sindicatos CIG, CC.OO., UGT. "O último aínda foi en febreiro deste ano", subliñou o titular de Educación, obviando que xustamente esas tres sentenzas foron recorridas perante o Supremo, que aínda non se pronunciou.
NOS_24360
O comité clínico que asesora o Sergas na xestión da Covid-19 cre que as dúas semanas vindeiras van ser, con toda probabilidade, "críticas" na evolución da pandemia na Galiza.
O subcomité de persoal experto reuniuse na sexta feira co conselleiro de Sanidade para avaliar a efectividade das medidas que se están a aplicar nos distintos concellos en función da súa situación epidemiolóxica, un encontro que deu como resultado o levantamento das restricións especiais no municipio de Ortigueira, dado o descenso "drástico" no número de casos desde o pasado día 2 –cando se elevaron as limitacións–, e o mantemento do resto de limitacións, con especial atención aos concellos de Ourense, O Carballiño, Verín e Compostela. Nos dous primeiros, o alto número de contaxios levou ao confinamento perimetral dos municipios –no caso de Ourense, en conxunto co concello limítrofe de Barbadás e, no do Carballiño, xunto con Boborás e O Irixo– e en Verín –como nos anteriores– están limitadas as xuntanzas a persoas conviventes e reducida a actividade hostaleira, que decidiu fechar bares e terrazas, mentres que en Compostela mantéñense sen variacións malia ser, segundo expresou o conselleiro, un dos catro concellos onde o comité ten o "foco posto", como ocorre cos tres anteriores. Segundo os datos trasladados na comparecencia desta sexta feira, 16 de outubro, pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, a taxa por 100.000 habitantes nos últimos sete días é de 140 casos, e de 209 nos últimos 14, cifras "contidas e de tendencia decrecente", segundo considerou, que levan o Sergas a manter as medidas "á expectativa" dos días vindeiros. "Iso non significa que, se a situación empeora, haxa que tomar outras medidas, pero polo momento son proporcionadas", admitiu un membro do comité. No caso de Ourense, na última semana detectáronse 207 casos, e 479 nas dúas últimas, co que a incidencia por 100.000 habitantes é de 196 e 455 casos en cada período, datos que, segundo indicou Durán, son "bastante parecidos" aos da semana pasada, con "certa tendencia para mellorar". Verín, con 39 positivos a sete días e 68 en 14, non se está "aínda apreciando unha melloría", recoñeceu a directora xeral, que fixou a maior preocupación no Carballiño, con 93 casos a sete días e 165 en 14 e onde segue o aumento paulatino de contaxios, sen que as restricións de mobilidade teñan dado aínda resultados. Como salientou, a incidencia media do coronavirus na Galiza está moi por debaixo destas cifras, con 71 casos por cada 100.000 habitantes a sete días e de 136 casos por 100.000 habitantes a 14 días, o que a sitúa tamén por detrás da media estatal. Porén, as cifras de contaxios continuaron na sexta feira á alza, con 354 novos casos activos na pasada xornada. Na última semana o número de contaxios sumou 2.130 casos, e as persoas falecidas son xa 808, após cinco novos decesos, mentres que hai 272 doentes en centros hospitalarios, 41 deles na UCI. A Consellaría de Sanidade sitúa no máximo nivel de alerta, por rexistrar máis de 21 casos nunha semana, unha decena de municipios, aos que sumou Ordes, e que inclúen Ourense, Compostela, Arteixo, Ames, Narón, O Barco, Verín, Pereiro de Aguiar, Barbadás e O Carballiño. O cribado universitario en Compostela deixa 1,5% de positivos O cribado de casos de Covid-19 realizado que a Xunta comezou nas residencias universitarias de Compostela rexistrou unha adherencia de 83% das persoas convocadas e permitiu detectar 14 positivos en coronavirus, 10 deles nun mesmo centro. Así o explicaron desde a Consellaría de Sanidade, que esta semana sinalaba o inicio do curso universitario como unha das causas do aumento da incidencia da pandemia nesta cidade. As probas nas residencias universitarias da USC –que está previsto estender ás de Vigo e A Coruña– comezaron a pasada cuarta feira, cunha "poboación diana" seleccionada de 1.089 estudantes, das cales se presentaron ás probas 903, cun total de casos positivos de 14, o que supón unha taxa de positividade de 1,5%. Aínda que a porcentaxe é baixa, as autoridades sanitarias apostaron por "ter un maior número" de mostraxes para "sacar conclusións sólidas". Durante a rolda de prensa, o doutor Sergio Vázquez Estévez, integrante do comité clínico, reiterou a preocupación pola incidencia de coronavirus "ligada ás festas universitarias", e fixo unha nova "chamada de atención" a este colectivo para que sexa "responsábel" e evite festas "até que pase esta situación", por ser "un foco claro de contaxios". "Non hai máis que ver o que está a pasar noutras cidades universitarias", concordou o doutor Vázquez Lima, en referencia a localidades como Salamanca ou aos datos de Compostela, onde o concello "leva semanas alertando das festas nos pisos" e a evolución pode levar a necesitar "novas medidas".
NOS_1607
Soben en catro das sete áreas sanitarias
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta segunda feira, o número de casos activos de coronavirus en Galza é de 232 fronte aos 217 do domingo. Deles, 58 son da área da Coruña (1 menos ca onte), 90 da de Lugo (5 máis), 7 da de Ourense (aumentou en 1), 18 da de Pontevedra (baixa 1), 44 da área de Vigo (9 máis), 16 da de Santiago (3 máis), e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 12 en unidades de hospitalización e 220 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.227 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 244.127. Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.
NOS_28270
Se Asfalto foi un dous grupos máis influentes do rock urbano, non podía ser menos a formación saída da súa fractura.
Cando José Luís Jimez e Lele Laína deixaron Asfalto en 1978, non tardaron en formar Topo, cuxo álbum debut sería lanzado por Chapa Discos o 29 de xaneiro de 1979. O LP contiña 7 temas que duraban pouco máis de 36 minutos, pero estaba predestinado a pasar á historia do rock and roll. As letras de Topo, igual que as de Asfalto, falan de ecoloxismo, de anti-imperialismo, de amizade ou relixión, coas ideas sempre claras. Temas como "Abélica", unha crítica contra o imperialismo ianqui ou "La Catedral" na que fan unha crítica á Igrexa como negocio. Outro dos grandes temas que atopamos no disco e "Vallecas 1996", o tema de peche do disco, cunha crítica ao consumismo e a socidade actual onde vían un futuro de escasez onde xa nada quedaba tras ter todo esgotado. Agora, no ano 2015, a que esperas para volver a escoitar este mítico disco de Topo? Mais se este disco pasou a historia é por conter unha das mellores cancións da historia do rock estatal: "Mis amigos dónde estarán", canción convertida en todo un himno xeracional, chea de nostalxia e emotividade. Esta canción é a segunda parte do "Días de escuela" de Asfalto, onde os rapaces xa medraron e agora ían a manifestacións e xogan ao futbolín. Co gallo do 20 aniversario da banda volveron a regravar este tema rodeado dos seus amigos entre os que se atopaban Yosi, Fortu, Rosendo, Jero, ou Jose Carlos Molina entre outros. E agora, no ano 2015, a que esperas para volver a escoitar este mítico disco de Topo? Vídeo: Topo – Mis amigos dónde estarán Listaxe de temas Cara A Autorretrato Abélica La catedral Cara B Mis amigos dónde estarán Qué es la vida El periódico Vallecas 1996 Topo na rede Facebook: www.facebook.com/TopoOficial
PRAZA_11134
A sociedade anónima deportiva, que xa iniciou movementos de terra, tramita unha segunda fase de instalacións á espera do permiso para a súa cidade deportiva con centro comercial, condicionado polo seu impacto ambiental
A sociedade anónima deportiva, que xa iniciou movementos de terra, tramita unha segunda fase de instalacións á espera do permiso para a súa cidade deportiva con centro comercial, condicionado polo seu impacto ambientalManter como está parte do monte de Mos no que o Celta quere construír a súa cidade deportiva cun centro comercial anexo, unha zona actualmente arborada, suporía "certos riscos desde o punto de vista ambiental, principalmente os de incendio". Así o argumenta a sociedade anónima deportiva para defender a outra única opción que baralla para eses terreos ademais de non facer nada, a de construír campos de fútbol para o adestramento dos seus equipos. Tras anos de desencontros co goberno local socialista de Vigo, o Celta está a tramitar a construción dunha cidade deportiva cun centro comercial nun monte comunal do veciño concello de Mos, proxecto para o que conta co apoio do PP tanto no goberno local como na Xunta. Mentres agarda polos permisos, condicionados polo impacto ambiental do complexo, a sociedade xa comezou a desenvolver unha primeira fase de traballos e vén de iniciar a tramitación dunha segunda, con máis campos de fútbol.A segunda fase de traballos que agora vén de someterse a exposición pública afecta a un espazo de 150.000 metros do total de 864.000 que tería a cidade deportiva completa aínda en tramitaciónPara a totalidade do proxecto de cidade deportiva con centro comercial, que afectaría a un ámbito de 864.000 metros cadrados, o Concello de Mos recorreu a unha figura urbanística que de aprobarse definitivamente implicará a expropiación dos terreos por parte da administración para a súa entrega ao Celta. Á espera de obter ese permiso o club chegou a un acordo cunha comunidade de montes da zona (outros colectivos veciñais rexeitan o proxecto) para alugarlle parte do terreo, no que a comezos deste ano comezou xa obras de construción dun primeiro campo de fútbol de adestramento, traballos amparados pola súa suposta reducida envergadura nunha licenza outorgada directamente polo Concello. Pero agora vén de comezar a tramitación ambiental, a través dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para instalacións deportivas, dunha segunda fase máis ambiciosa deses traballos xa iniciados coa que quere reordenar o que xa está en marcha e executar neses terreos, nun espazo de 150.000 metros cadrados, tres campos de fútbol (o documento sinala que o que xa está en obras ao amparo da licenza municipal é só un malia que cando comezaron os traballos o propio club falou de dous), unha área de preparación de porteiros, un aparcamento de 80 prazas e un edificio de instalacións para vestiarios, ximnasio ou sala de prensa. O documento argumenta que o uso actual dese espazo "é minoritario" e que os seus valores máis destacables son os paisaxísticosNo documento a exposición pública desde o pasado xoves para a súa avaliación ambiental por parte da Xunta os promotores salientan que estas instalacións están ordenadas e deseñadas xa en función da totalidade do complexo de cidade deportiva que aínda agarda polos seus permisos ambientais. Pero a lexislación establece que cada plan urbanístico avalíe en si mesmo distintas posibilidades de execución ou non de cada obra. E neste caso o plan co que se tramita esa fase intermedia de traballos contempla só dúas alternativas, a denominada Alternativa 0, ou non facer nada, e a Alternativa 1, que contempla os anteditos tres campos de fútbol e as instalacións asociadas.É ao analizar a opción de non facer nada cando o documento sinala que "a valoración desta alternativa parte da consideración do estado actual dos terreos, como un espazo forestal comunal nas zonas altas do municipio, que está utilizado e conformado como zonas arboradas (maioritariamente de repoboación), atravesada por camiños e sendas forestais de carácter rústico, e con certos riscos desde o punto de vista ambiental, principalmente os de incendio e os que se derivan da significativa pendente dalgunhas zonas puntuais". O documento argumenta tamén que o uso actual dese espazo "é minoritario" e que os seus valores máis destacables son os paisaxísticos. Fronte a esa opción de non facer nada, o documento xustifica que a execución dos campos de fútbol e as súas instalacións asociadas na metade da parcela de 150.000 metros implicará tamén a progresiva mellora do espazo arborado da outra metade, coa substitución de especies foráneas por autóctonas "para conformar un gran parque".A sociedade anónima deportiva di que as instalacións suporán "unha mellora da calidade de vida" de toda "a área urbana de Vigo" malia admitir que serán só para os seus equipos de fútbol "das categorías profesionais"Segundo o documento, "a ordenación proposta suporá, en termos xerais, unha mellora da calidade de vida e a habitabilidade da contorna próxima e do conxunto da área urbana de Vigo, pois aínda que se trata de instalacións privadas o RC Celta é unha das entidades deportivas galegas que máis esforzo e recursos dedica ao deporte base". Porén, o propio documento salienta que o que se construirá nesa segunda fase de traballos serán "instalacións para o adestramento dos equipos de fútbol das categorías profesionais".
NOS_34952
En Twitter tamén se pode ter información sobre bibliografía de filosofía en galego. Unha conta deixanos cada día nesta rede social unha recomendación.
"Ola Mundo! Vou tratar de axudarvos a saber todo o que se pode ler de filosofía en galego. Cada día (se non hai nada de novo) vou compartir unha publicación diferente. Vou ir por orde alfabética e coido que non tardarei menos de dous anos e pico... Gozádeo!". Con esta mensaxe comezaba a súa andaina o pasado 19 de agosto a conta de Twitter "Filosofía en galego", unha aventura coa que Lois Rodríguez, profesor de filosofía en secundaria, busca visibilizar o publicado desta disciplina en lingua galega. "Nace coa intención de apoñer diante do prexuízo xeralizado de que non hai ciencia e filosofía en galego, un listado que visibilice que si hai pensamento en galego, e de que o uso da lingua galega no coñece fronteiras", explica este profesor a Nós Diario. Mais, hai publicacións abondo na nosa lingua ou deberían incrementarse? Sobre este tema cre que "hai publicacións de todos os perfís filosóficos e doutrinais, mais evidentemente temos unha eiva importante na escasa tradución das obras cumio da cultura occidental á nosa língua". Un dos problemas, se cadra, sería a especialización. "A tradución filosófica presenta o problema engadido de requerir unha dobre capacitación do traductor, tanto do idioma de orixe coma do corpus filosófico da obra que se quere traducir. Así que non é sinxelo, máis cando posibelmente non sexa rendíbel para a industria editorial". Non todos os problemas veñen do mundo académico As biliografías que se recomendan no ensino secundario nas universidades ten algo de relación coa situación? Para Lois Rodríguez "recomendar bibliografía en galego evidentemente daría un pulo á nosa lingua en todos os ámbitos, mais non todos os problemas se arranxan no mundo académico". Neste caso pensa que "as decisións persoais e a maneira de cada quen de definir o seu propio modelo de formación é o verdadeiramente transformador. A responsabilidade é de todos".
NOS_971
"Foucellas", "Celia da Ferraría", "O Piloto", "Langullo", "Marrofer", "Curuxás", "Chelo" ou "Gafas" estarán entre os alias que a calquera se lle veñen á cabeza se se pensa na guerrilla antifranquista en Galiza. Hai moitos máis e os seus alcumes e nomes propios viñeron pasando polas páxinas de Nós con motivo do coleccionábel do que este escrito forma parte. Son un reducido continxente de homes, e unha nómina aínda máis breve de mulleres, que decidiron iniciar e manter no tempo unha loita armada contra os golpistas cando estes xa tiñan gañado a guerra. En expresión de Julio Aróstegui, a guerrilla foi a "última fronte" da loita armada e a súa acción supuxo a única ameaza real á construción da ditadura durante a posguerra.
A historia dos guerrilleiros e guerrilleiras é unha historia de heroísmos, de sacrificios e privacións. Supón unha parte da historia da loita antifascista europea e, como tal, é unha narración chea de fugas, de cárceres, de exilio e de tapias de camposantos. A experiencia guerrilleira en Galiza non conta con moitos estudos xerais do tipo que o alemán Hartmut Heine escribiu nos anos oitenta. É máis amiga de achegas puntuais, moitas en forma de biografías que demostran o compromiso político dos seus protagonistas e os altos custes que mantelo demandaba. E tamén o é de produtos culturais, dende novelas a audiovisuais, que axudan tanto a rescatar a súa memoria como, moitas veces, a porfiar no seu mito. A conexión social coas comunidades Nese mito un dos trazos que máis faltan á verdade histórica é aquel que os converte en loitadores illados, en individuos alleos ás súas comunidades. "Botarse ao monte" parece infundir unha imaxe de desapego físico e social con respecto dos lugares nos que habitaban antes de coller o fusil e loitar contra Franco. As fontes históricas, tanto a documentación xudicial como as fontes orais, porén, teiman en desdicir esa impresión. Avalan a forte conexión social dos maquis coas súas comunidades, confirman a presenza continuada e habitual das partidas nas aldeas, nas dos seus compoñentes e noutras da contorna, e proban a súa participación e inxerencia na vida cotiá comunitaria. Se damos creto ao exposto nas causas militares, na documentación dos Gobernos Civís e nos informes da garda civil ou das contrapartidas, era sabido por todo aquel tecido de forzas que buscaba o remate da loita armada que había guerrilleiros que participaban na recollida do centeo, na das castañas ou na das patacas, nas matanzas dos porcos ou nos diversos traballos do monte (cavar, recoller toxo, etc.) e noutras tantas tarefas nas súas casas ou nas casas dos seus apoios. Coñecían que acudían a salóns de baile, a feiras locais e a tabernas e fondas. E teñen detido guerrilleiros mentres durmían ou comían nas casas de enlaces. É máis, algún guerrilleiro galego ten sido atopado morto á intemperie sen roupa de abrigo e cos zapatos lustrosos porque en verdade morrera dentro dunha vivenda e o seu corpo tivo que ser trasladado ás présas para evitar que os donos da casa foran incriminados. Son anotacións que aparecen nos historiais que as autoridades gardaban sobre algún dos guerrilleiros que actuaban na provincia de Lugo, caso dos irmáns Gutiérrez Alba, "Temblas", "Ubaldo", "Trancas", "Gardarríos", "O Piloto" e "Castro Tellado". Todo isto proba que aínda que as partidas pasaron tempo no monte e en escondedoiros lonxe das aldeas, boa parte dos seus días e das súas noites, mentres mantiñan a loita armada, transcorreron nas moradas dos seus apoios. Moitos guerrilleiros confirman este punto nos seus relatos e memorias. Un dos máis rotundos é Francisco Martínez, "Quico", da Federación de Guerrillas Galicia-León, que recalca que "hai que rematar con esa imaxe romántica e diabólica do guerrilleiro condenado a vivir en covas no monte, illado de toda relación política ou social. "Nós durmiamos case todas as noites baixo teito, había moita xente que nos axudaba e daba acubillo e alimento". Os guerrilleiros pasaron boa parte dos seus días e das súas noites, mentres mantiñan a loita armada, nas moradas dos seus apoios A partir das investigacións feitas, entre outros, por Secundino Serrano e Mercedes Yusta, a inicios dos dous mil, quedou de manifesto a necesidade de desmontar estereotipos no estudo da guerrilla e a obriga de debuxar esquemas máis complexos para entender con propiedade o fenómeno guerrilleiro antifranquista. Acreditouse que era preciso comprender non só "aos do monte" senón aos do "chao", "aos outros guerrilleiros", como os denominou o primeiro historiador citado, ás "milicias pasivas", como os define a segunda. Outros dous historiadores que escribiron recentemente atinaron tamén á hora de interpretar a relación simbiótica entre as comunidades e a guerrilla antifranquista. Un é Jorge Marco, que definiu os maquis como "veciños en armas", insistindo así en que non eran elementos estraños e alleos ás súas comunidades senón unha parte delas que se decidiu pola loita armada. O outro é Claudio Hernández Burgos, que apunta a que os maquis estaban, para o bo e para o malo, "nas mans da comunidade". As diversas facianas da rede de apoio A supervivencia da loita guerrilleira e o mantemento no tempo dos grupos armados foi factible grazas ao soporte ofrecido pola guerrilla do chao. Tratábase dunha axuda que tiña moitas facianas, dende ofrecer casas seguras onde quedarse por períodos máis ou menos longos, até cooperar no abastecemento de todo o que precisaban as partidas para sobrevivir e continuar a loita, dende armamento a máquinas de escribir coas que comunicarse entre as agrupacións ou facer escritos políticos, pasando por darlles información sobre os seus represores e os seus obxectivos. A milicia pasiva era moito máis numerosa ca guerrilla do monte e moito máis diversa en ideais, ocupacións e ideoloxías. Polas causas militares desfilaron como acusados de ser enlaces connotados antifranquistas, pero tamén autoridades dos concellos franquistas e outras "persoas de orde" segundo o Réxime, tamén cativada e persoas anciás, que camuflaban coa idade a súa condición de apoios, e toda unha relea de individuos con profesións e ocupacións do máis diverso tanto do mundo rural como do vilego e do urbano. Para cada partida era preciso mobilizar a axuda máis variada e diversa posíbel e, a máis efectiva e funcional para resolver as súas demandas en cada momento, e ao mesmo tempo, a que tivera menos probabilidade de ser descuberta. E, no caso galego, na rede tupida de enlaces das partidas e guerrilleiros destacan dúas características: o peso da poboación rural, porque tamén de extracción rural era a maior parte da veciñanza en armas, e a relevancia do papel xogado polas mulleres. As redes de apoio establecéronse xeograficamente alí onde as partidas tiñan o seu lugar de actuación, e, en xeral, coinciden coas áreas de orixe dos guerrilleiros, sendo as relacións formalizadas antes da guerra civil as que explican tanto que dentro dunha comunidade se dea axuda aos guerrilleiros como que estes se dirixan e encontren soporte naquela. Nos momentos iniciais da clandestinidade tírase de familiares, de amizades e da veciñanza. Conforme a represión sobre estes enlaces aumentou e o tempo de acción guerrilleira se dilatou, os guerrilleiros precisaron ampliar a súa rede de apoios no territorio e para iso as partidas empregaron as redes relacionais dos seus enlaces iniciais. As amizades das súas amizades, a veciñanza da súa veciñanza e os familiares dos seus familiares deron a remuda. As actitudes que espertaba a guerrilla eran moi variadas. Un aspecto fundamental a ter en conta nas sinerxías entre guerrilla e enlaces foi a solidariedade comunitaria, unhas normas non escritas que estaban na base da reciprocidade. Non se debe desbotar tampouco en ningún caso a importancia que tivo a afinidade política. É evidente que a guerrilla contou co apoio de persoas que compartían unha ideoloxía e un compromiso antifranquista, fose este máis ou menos profundo, fose previo ou xermolara no transcurso da relación coas partidas. Agora ben, nos lazos entre guerrilla e milicia pasiva non todo foi lealdade, afinidade e solidariedade. Coubo a imposición por parte dos primeiros, que valéndose da violencia e da forza obtiveron a colaboración pretendida. Foron as comunidades as que co seu apoio e silencio permitiron ás partidas manter as súas actividades durante os anos corenta, pero nelas tamén naceron as denuncias ante as autoridades, as axudas a contrapartidas e as actitudes contrarias á súa estancia no seu territorio. A represión sobre os enlaces A presenza dunha partida supoñía asumir un elevado risco de ser obxecto da represión franquista e imposibilitaba normalizar a vida cotiá. Así se explica que un bo número de enlaces, homes e mulleres, acabaran "subindo ao monte" cos guerrilleiros aos que daban acubillo, como pasou cos dos irmáns Baldomero e Abelardo Gutiérrez Alba en Cervantes. Os rexistros, os interrogatorios, as multas e as detencións tornábanse continuadas alí onde as autoridades sabían que operaban as partidas e a caída dalgún maquis provocou que a súa milicia pasiva fora descuberta e toda ela caera tamén. Que o prezo pagado polos enlaces foi enorme está fóra de toda dúbida. Moitos membros da guerrilla do chao perderon as súas vidas, outros tantos pasaron longos períodos de tempo presos en cárceres e campos de concentración, como o asturiano de Figueiras, e outros viron arder as súas casas e todas as súas pertenzas. E practicamente a totalidade foron obxecto de violencias varias e torturas co obxecto de sacarlles unha confesión sobre o paradoiro dos guerrilleiros e os nomes doutros enlaces. Non é de estrañar, xa que logo, que, como sinalaba Camilo de Dios, conforme pasaban os anos, o medo se convertera no sentimento que máis infundía a guerrilla entre as comunidades e persoas ás que solicitaban axuda. A guerrilla era un pesado lastre para os seus enlaces tamén pola carga económica que comportaba a súa manutención. Nos anos corenta xuntar alimento para máis bocas adultas e afrontar o custes xerados polo seu aloxamento non era pouca cousa para as rendas familiares. Diso eran ben conscientes moitos guerrilleiros e partidas e de aí que trataran de custear economicamente os servizos que requirían, como facían Francisco Rey Balbis "Moncho" en Abegondo e Manuel Castro Tellado en Pol e Meira ou, cando menos, tentaran compensar en certa medida o gasto que supuñan, participando como man de obra nos labores da casa na que se hospedaban e mesmo mediando en positivo nos asuntos das familias e comunidades que os acubillaban (en preitos, tratos, etc.), como o fixo Plácido Rivera Cociña ameazando o alcalde de barrio para conseguir que os veciños de Galdo tiveran máis cupo no racionamento. Se para comprender a supervivencia da guerrilla é preciso mirar as milicias pasivas, é innegable que tamén o hai que facer á hora de entender o fin da loita armada antifranquista. Na desactivación das partidas por parte da ditadura débese ter en conta, a acción represiva das forzas policiais e militares, o contexto internacional ou a capacidade das organizacións políticas de esquerda para organizar a loita armada, pero tamén o desgaste dos enlaces, moitos queimados cos anos, o que obrigou a guerrilla do monte a moverse en espazos nos que non contaban xa cunha rede de apoio forxada cos seguros e fortes fíos das lealdades primarias, nin mesmo xa das secundarias. Poida que os membros da guerrilla do chao non conten con biografías, poida que non sexan protagonistas de novelas nin de películas ou series de televisión, poida que non pasen á historia nin co seu nome propio nin co alcume como o fixeron os guerrilleiros do monte cos que colaboraron, pero iso non invalida o seu transcendental papel na loita antifranquista nin a súa condición, recoñecida por guerrilleiros como Marcelino Fernández Villanueva "Gafas", de heroes e heroínas do día a día da loita antifranquista.
NOS_24397
Unha macroenquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) sobre tendencias de voto en municipais e estatais, dada a coñecer esta sexta feira, a sete meses dos comicios locais indica unha subida do BNG en ambos os comicios
Unha macroenquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) sobre tendencias de voto en municipais e estatais, dada a coñecer esta sexta feira, a sete meses dos comicios locais indica unha subida do BNG en ambos os comicios e sitúa o PSOE por diante de todos os demais partidos cunha vantaxe sobre o PP de seis puntos nas municipais e tres na estatais. En concreto, a súa estimación de voto nunhas eleccións estatais outorga ao PSOE unha porcentaxe de apoio de 32,9% fronte ao 29,5% do PP, 11,5% de Unidas Podemos e 9,3% de Vox. En canto ao BNG, nunhas xerais obtería o 0,9% do voto válido emitido, tres décimas máis que o último barómetro do CIS publicado a comezos de outubro. Ademais, case duplicaría o resultado dos comicios estatais de novembro de 2019, nos que obtivo un escano no Congreso co 0,5%. O CIS eleva a estimación de voto do BNG para o mes de outubro até 0,6% Nun escenario de eleccións municipais, o PSOE mantense cunha estimación de voto de 32,8%, mentres que o PP baixa a 26,8%, Unidas Podemos a 8,7% e Vox a 5,9%. Nos comicios locais, o BNG conseguiría 1,3% dos votos emitidos en todo o Estado (a macroenquisa do CIS non inclúe datos desagregados por comunidades ou concellos), que implicaría por volta de medio punto máis que nas municipais de maio de 2019, nas cales obtivo 0,83%. O número de entrevistas O estudo baséase en 5.557 entrevistas telefónicas realizadas a electores de 1.488 municipios de todo o Estado, entre os días 11 e 26 de outubro. O traballo de campo arrincou a véspera do 12 de outubro e coincidiu co segundo debate entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feixoo no Senado, e fechouse coa primeira xornada do debate de totalidade dos Orzamentos no Congreso. CIS de abril: a chegada de Feixoo a Madrid recorta a distancia entre PSOE e PP Se mañá tiveren lugar unhas eleccións xerais, hai un empate en voto directo entre os dous grandes partidos, pois 22,9% adianta o seu apoio a Pedro Sánchez e 22,6% a Alberto Núñez Feixoo.
NOS_13741
Os exames da proba de acceso á universidade decorrerán os días 7, 8 e 9 de xuño.
Modificación de matrícula Materias Obrigatorias Optativas Exames Terza feira, 7 de xuño Cuarta feira, 8 de xuño Quinta feira, 9 de xuño Cualificacións Convocatoria extraordinaria Un ano máis chegan as probas de selectividade para milleiros de estudantes da Galiza que optan a entrar no sistema universitario. Os exames da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (Abau) decorrerán os días 7, 8 e 9 de xuño nos diferentes campus das tres universidades galegas. Modificación de matrícula Esta semana rematou o prazo para formalizar a matrícula anticipada, destinada ao alumnado que obtivese en anos anteriores ao curso 2021-22 o título de Bacharelato ou equivalente, e mais a prematrícula ordinaria, para o estudantado xeral. As e os alumnos que detecten algún erro nas súas respectivas matrículas deberán comunicarllo ao presidente ou presidenta da correspondente comisión delegada na hora da presentación —de 9 a 10 horas do día 7 de xuño—, mediante unha solicitude no formulario oficial que estará a disposición do alumnado na sede da comisión delegada. Unha vez finalizada a hora de presentación do primeiro día das probas, non se permitirá ningún cambio na matrícula das probas Abau. Textos de 'Nós Diario' na ABAU e nas oposicións a docente de Secundaria Materias Obrigatorias A parte obrigatoria da Abau consta de catro materias que se consideran troncais e, polo tanto, todo o alumnado debe examinarse delas: Lingua Galega e Literatura II, Lingua Castelá e Literatura II, Historia de España II e Primeira Lingua Estranxeira II. Aliás, inclúese outra materia da modalidade correspondente, a elixir, en función do Bacharelato estudado, entre Fundamentos da Arte II, Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II ou Latín II. Optativas Despois está a parte voluntaria, que serve para subir a nota obtida na fase xeral. O alumnado poderá examinarse dun máximo de catro materias de entre as seguintes, en función da modalidade escollida no Bacharelato: Matemáticas II, Latín II, Matemáticas Aplicadas CC.SS, Fundamentos da Arte II, Física, Xeografía, Cultura Audiovisual II, Química, Grego II, Debuxo Técnico II, Artes Escénicas, Bioloxía, Historia da Arte, Xeoloxía, Historia da Filosofía, Economía da empresa, Deseño e Segunda Lingua Estranxeira II (Inglés, Francés, Alemán, Italiano e Portugués; a materia elixida debe ser sempre dunha lingua distinta da que se examinaron como materia xeral do bloque de materias troncais da parte obrigatoria). Exames O exame de cada materia terá unha duración de 90 minutos, cun descanso de 30 minutos entre probas consecutivas. Terza feira, 7 de xuño 10 – 11.30 horas: Historia de España 11.30 – 12: Descanso 12 – 13.30: Lingua Castelá e Literatura II 13.30 – 15.30: Descanso 15.30 – 17: - Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais // Fundamentos da Arte II 7 – 17:30: Descanso 17:30 – 19: - Economía da empresa // Deseño Cuarta feira, 8 de xuño 9 – 10.30: Lingua Galega e Literatura II // Bioloxía // Historia da Arte 10.30 – 11: Descanso 11 – 12.30: Primeira Lingua Estranxeira II 12.30 – 13: Descanso 13 – 14.30: - Matemáticas II // Latín II 14.30 – 16: Descanso 16 – 17.30: Debuxo Técnico II // Artes Escénicas // Segunda Lingua Estranxeira II 17.30 – 18: Descanso 18 – 19.30: - Química // Grego II Quinta feira, 9 de xuño 9 - 10:30: Bioloxía // Historia da Arte 10:30-11: Descanso 11 - 12:30: Física - Xeografía // Cultura Audiovisual II 12:30 - 13: Descanso 13 - 14:30: Xeoloxía // Historia da Filosofía Máis do 93% dos aspirantes á parte obrigatoria da ABAU consegue aprobar Cualificacións As cualificacións definitivas publicaranse o día 23 de xuño, a partir das 20 horas, mais as provisionais chegarán xa o día 16, contra a mesma hora, xa que as revisións faranse entre o 17 e o 21 de xuño —até as 14 horas—. O 24 de xuño o alumnado recibirá por correo electrónico a súa Tarxeta de Cualificación Definitiva da ABAU asinada dixitalmente coa modificación da nota, no seu caso, despois do prazo de revisión das cualificacións. Convocatoria extraordinaria Aliás, os días 12, 13 e 14 de xullo decorrerán os exames da convocatoria extraordinaria da Abau.
NOS_56943
Os nacionalistas indica que a sentenza mostra o nivel do rexedor que "o PP impón á veciñanza", Avelino Pazos
O BNG de Castrelo de Miño informa que o Xulgado de Ribadavia vén de condenar o alcalde desta localidade, Avelino Pazos (PP), por "un delito de ameazas contra un compañeiro e ex edil nacionalista". O Bloque denunciaba o pasado mes de decembro a través dun comunicado que o novo rexedor (que chegou ao posto a través dunha moción de censura) "encarou e ameazou" un dos seus militantes, que fora concelleiro nacionalista no Goberno local do BNG. Os feitos, sempre segundo esta versión, tiveron durante a feira mensual que se realiza en Castrelo de Miño. "Cando o ex concelleiro paseaba pola feira coa súa familia, o ilexítimo alcalde cruzou a feira para increpar, encarar e ameazar o militante do BNG para sorpresa do mesmo e dos veciños que estaban alí". Os nacionalistas sitúan a sentenza "como unha mostra clara do carácter autoritario e antidemocrático do actual rexedor do noso concello".. O pasado mes de agosto e a través dunha moción de censura en Castrelo de Miño o PP botaba o BNG da Alcaldía co apoio de 2 tránsfugas do PSOE.
NOS_9699
Vítimas e verdugos, verdugos e vítimas. O terror que substituíu a Guerra Civil en Galicia catalogou múltiples axentes sociais entre vítimas e vitimarios. Malia coincidiren en diversas ocasións, elaboraremos un relato que conxugue os nomes e apelidos das personalidades que fulminaron a realidade republicana cos que artellaron a construción do novo réxime. Aproximarnos á realidade local do Ribeiro axudaranos a comprender as dinámicas xerais e asimilar as múltiples singularidades desta comarca vitícola ourensá.
Violencia indómita e simbolismo fascista A forza conservadora no Ribeiro republicano residía no caciquismo radical-bugallista e nunha Renovación Española que, grazas á recuperación de ex-upetistas vinculados a Calvo Sotelo, estaba a alcanzar unha notable implantación na comarca (Soutelo Vázquez, 2001: 147). Pola contra, Falanxe era residual con pequenos núcleos en Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Ribadavia, Arnoia ou Cortegada (Núñez Seixas, 1993: 158); non obstante, medrou notablemente durante a primavera do 36. En xullo foron detidos José Peña, Antonio Chao e Antonio Soto «por desfilar por aquella villa con trajes y camisas fascistas»; mesmo o falanxista ribadaviense Eduardo Martínez tentou asasinar, sen acerto, o alcalde da vila Benito Gallego Montero nas xornadas previas ao 18 de xullo. Coa sublevación, a violencia desatada foi terrible. O nome do Abisinio aínda infunde temor nas terras do Ribeiro; era un home sen alma, un sicario contratado pola Falanxe local para asasinar a todos os «elementos marxistas» da comarca. A pesar de non contar con documentos oficiais que o rexistren, existen moitas historias sobre el na memoria oral ribadaviense e algún texto contemporáneo en Nova Galicia. É moi probable que este asturiano fose un dos máximos responsables de guindar os rojos da ponte de Castrelo e dos paseos durante o 36, iso si, co beneplácito das cabezas ribeirás de Falanxe como José Peña González ou o delegado militar, Siro Alonso. Outros foron levados á cadea do mosteiro de Celanova ou fusilados no Campo de Aragón baixo as ordes do comandante militar da provincia, Luís Soto Rodríguez. O medo fixo que moitos activistas se recollesen nos faiados das súas casas, se agochasen baixo as medas do esterco ou escapasen ao monte. Foi o caso do membro da Sociedade Agraria Socialista da Veiga e alcalde de Carballeda de Avia, Benigno Gómez Gómez, quen estivo case tres anos escapado. En abril do 39, un par de meses despois da súa captura, instalouse un campo de concentración no mosteiro de San Clodio (Leiro) que, grazas ao estudo recente de Hernández de Miguel (2019: 345-346), sabemos que estivo operativo até o mes de novembro. Secasí, a bandidaxe practicada non responde só a unha violencia espontánea en quente. Así fora planeado por Emilio Mola nas súas disposicións e contou co apoio de grandes propietarios locais próximos á Falanxe como Pegerto González Rodríguez ou Antonio Estévez Mosquera. O alto número de denuncias realizadas constituíu un xeito de dar credo ao terse convertido recentemente á Falanxe, mais era tamén un síntoma das liortas existentes no núcleo social máis relevante do rural: a parroquia. As rifas veciñais foron chave para a depuración intrínseca ao golpe. Malia que a babilónica Lei do Talión seguía vixente na tamén mesopotámica comarca do Ribeiro, entre o Avia e o Miño, algunhas excepcións amosan como certas persoas salvaron a vida grazas ás relacións horizontais da comunidade veciñal. José Meixengo Pereira, alcalde da Arnoia, foi acusado de «actuación extremista» polo antigo rexedor Evencio Álvarez Bangueses e defendido, paradoxalmente, polo secretario da Falanxe José Meleiro Fernández. Esa declaración salvoulle a vida pero non evitou o seu procesamento penal e a incautación dos seus bens. O golpe non logrou rematar coa articulación comunitaria; Praza Rodríguez (2004: 258-260) recolle como a veciñanza de Xubín se organizou no Nadal do 38 e impediu o traslado de documentación á nova sede municipal pese ao clima de terror existente. Se queres seguir a ler este capítulo do coleccionábel 'Os nomes do terror' só tes que ir ao quiosque ou á nosa loxa online para mercar o Nós Diario de hoxe. Para que non che volva ocurrir isto, poderás gozar do xornal na túa casa se fas hoxe mesmo a subscrición!
PRAZA_13712
A iniciativa busca localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer as imaxes que foron gravadas na vila da foz do Miño. Na súa canle de youtube xa se poden ver unha trintena de gravacións realizadas dende os anos vinte até a actualidade.
Socheo é un vocablo mariñeiro que significa a última fase da preamar. O Proxecto Socheo ten como obxectivo localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer o patrimonio audiovisual da Guarda coa colaboración de todas as persoas que garden imaxes de caracter histórico e con valor cultural. O proxecto, dirixido por Xurxo Chirro (autor de Vikingland), que encabeza un grupo de técnicos e especialistas no eido da historia e dos audiovisuais, terá tres fases: nun principio abrirase á xente para que esta colabore aportando material que pode ter por casa. En contrapartida, estas imaxes analóxicas se dixitalizarán e se editarán adecuadamente sen ningún custe para o particular. Despois farase unha campaña de recollida de oralidade de persoas maiores para que esta sabedoría non desapareza. E finalmente gravaranse tradicións e aspectos sociais que definen a singularidade cultural da Guarda. Farase unha campaña de recollida de oralidade de persoas maiores para que esta sabedoría non desapareza Xa está dispoñible así mesmo unha canle de youtube na que se poderá ver a maior parte das gravacións que se vaian recuperando ou realizando. Na canle xa se poden visionar máis de trinta películas de distinta procedencia desde a década dos anos 20 até a actualidade. O proxecto quere sinalar a "fraxilidade" da memoria, que pode ser salvada e difundida grazas ás novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles O proxecto quere facer fincapé na necesidade de salvagardar este material "para o orgullo de todas as xeracións de guardeses" e ao mesmo tempo sinalar a "fraxilidade" da memoria, que pode ser salvada e difundida grazas ás novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles. Xurxo Chirro afirma que "vivimos nunha sociedade onde hai unha profusión desmesurada de imaxes e, para darlles maior utilidade, hai que atopalas, clasificalas, ordenalas e poñelas a disposición de posibles interesados. A idea e intentar rescatar o pasado, reestruturalo no presente e redimensionalo cara ao futuro". Quérese, así mesmo, que esta preocupación se faga extensiva tamén ao material fotográfico que compoñen os distintos arquivos que andan ciscados por distintas mans e que poderían enriquecer, dun xeito decisivo, o patrimonio cultural da Guarda.
NOS_37481
A CIG-Ensino exixe a demisión e inhabilitación do conselleiro de Educación porque "era coñecedor da ilegalidade dos concertos educativos con estes centros".
A CIG-Ensino presentou un escrito dirixido á Conselleira de Facenda solicitando que se proceda "á liquidación e á esixencia do reintegro ao Tesouro de Galiza das cantidades indebidamente percibidas polas empresas Fomento de Centros de Enseñanza SA e Asociación Fontenova" que xestionan os centros Peñarredonda, Montespiño, Acacias, Montecastelo e Aloya, logo do Tribunal Supremo ter anulado, por sentenza firme ao recurso presentado pola CIG-Ensino, os concertos educativos con estes centros que segregan o alumnado por razón de xénero. O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, subliñou que na sentenza ditada polo Tribunal Supremo se especifica que "non poden comprometerse fondos públicos para estes centros" e que no entanto recibiron, entre o ano 2009 e 2013, 12 millóns de euros polos concertos educativos agora anulados. Louzao explicou que a CIG tomou esta decisión considerando que estes fondos teñen, por tanto, condición de créditos indebidos e, en consecuencia, a administración "ten o deber de recuperalos e reintegralos á facenda pública tal e como recolle a Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galiza". Para o responsábel da CIG-Ensino, a falta de liquidación e a non exixencia destas cantidades "podería dar lugar a responsabilidades contábeis", tal e como e como recolle tamén a Lei xeral Orzamentaria. A isto engadiu que o propio Código Penal "tipifica como malversación este tipo de actuacións", polo que para a CIG "poderiamos estar diante dun delito de malversación", afirmou. Louzao demandou ademais que estas cantidades indebidamente percibidas por estes centros sexan destinadas ao ensino público, e sinalou, a modo de exemplo, que estes 12 millóns de euros superan en 5 os que se invisten en Normalización lingüística; representan preto do 50% do que se dedica a comedores escolares ou permitirían contar con 200 profesores/as máis un ano, que é o equivalente desta cantidade durante este período. Dimisión e inhabilitación do conselleiro de Educación O secretario nacional de CIG-Ensino afirmou ademais que "estamos diante dunha actuación que debe ter consecuencias políticas: a primeira ten que ser a dimisión do conselleiro, pero ademais hai que inhabilitalo para exercer cargos públicos". "Estamos ante un conselleiro que está ao servizo da patronal ligada ao OPUS DEI e dun modelo educativo retrógrado e discriminatorio; ao servizo dunha ideoloxía ultraconservadora, contrario ao que debe ser un ensino que procure a igualdade entre homes e mulleres e contra a perpetuación da discriminación da muller".
NOS_48404
A Comisión Europea aprobou esta quinta feira fechar o acceso da frota de arrastre a 87 zonas de protexidas en augas comunitarias do Atlántico Nororiental tras adoptar unha norma á que se opoñían o Estado español e Irlanda, o que na práctica supón vetar a captura de especies en augas con profundidades superiores a 1.500 metros. A decisión afecta a frota galega que faena no Gran Sol.
"Ao fechar o acceso ás artes de pesca de fondo ao 17% da área entre 400 e 800 metros de profundidade en augas comunitarias do Atlántico Nororiental, estamos a cumprir o noso compromiso de protexer e restaurar a vida mariña", defendeu o comisario de Pesca, Océanos e Medio Ambiente, Virginijus Sinkevicius. A decisión implica prohibir o acceso á pesca de arrastre a unha superficie de 16.419 quilómetros cadrados de reservas para a protección de ecosistemas mariños vulnerábeis por baixo dos 400 metros, o que presenta o 1,16% das augas comunitarias no Atlántico Nororiental. O veto afecta os buques equipados con artes de fondo como redes de arrastre de fondo, dragas, redes de enmalle de fondo, palangres de fondo, nasas e almadrabas, segundo explicou o Executivo comunitario e entrará en vigor 20 días após a publicación no Diario Oficial da Unión Europea. A Eurocámara aproba medidas que limitarán a pesca no Pacífico Occidental e a NAFO "Catro anos máis tarde finalmente estamos a implementar unha das disposicións chave do Regulamento de Acceso a Augas Profundas", agregou Sinkevicius. A Comisión Europea deu luz verde ao regulamento de augas profundas no Atlántico Nororiental, despois de ser sometido a votación o pasado xuño no Comité de Pesca e Acuicultura a través dun acto de implementación que non obtivo a maioría requirida para saír adiante, cos votos en contra do Estado español e Irlanda e as abstencións de varios países. O PSdeG inicia unha recollida de sinaturas contra a prohibición da pesca de fondo Neste marco, a decisión quedou en mans da Coiomisión Europea que deu luz verde á regulación. Malestar no sector O sector pesqueiro do Estado español xa anunciou que estudará "opcións legais" en relación ao fechamento destas 87 zonas. A organización Cepesca non descarta a convocatoria de paros e concentracións. "Á espera de coñecer o texto legal, o sector denuncia que este non contou coas consultas correspondentes obrigatorias nin cunha análise de impacto socioeconómico e se basea, ademais, en informes con lagoas científicas, como o uso exclusivo da pegada de pesca dos barcos de arrastre, e non das artes fixas", explicou a organización. "A normativa impactaría moi negativamente no futuro da pesca de fondo no Atlántico e, por tanto, a máis de 10.000 pescadores", afirmou, á vez que sinalou que no caso do Estado español, afectaría a uns 500 buques de distintas modalidades de pesca, entre eles, os barcos galegos que faenan no Gran Sol. O BNG advirte de "atentado" contra a frota O BNG considera un "disparate e un atentado" contra a frota galega a decisión da Comisión Europea de fechar 87 áreas de pesca de fondo sen motivación científica algunha e sen ter en conta o impacto que pode implicar desde o punto de vista económico e do emprego para un sector estratéxico para Galiza. En palabras da eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, esta decisión do Executivo comunitario supón "un ataque á frota galega que demostra a ignorancia da Comisión Europea e implica a expulsión da nosa frota de fondo sen ter en conta a realidade económica e social do País, nin se xustifica tampouco desde o punto de vista científico".
NOS_54943
Vigo Ciclábel reclama políticas públicas de mobilidade con perspectiva de xénero. Esta tarde, ás 20 horas, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, convoca na cidade olívica a I Bicicletada pola Mobilidade.
O último barómetro da bici, elaborado pola Rede de Cidades pola Bicicleta, publicado en 2019, revela unha fenda de xénero que confirman, na Galiza, colectivos como Vigo Ciclábel. Esta plataforma, composta por oito entidades ecoloxistas e feministas -Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Mulleres Bicivisíbeis, Adega, Verdegaia, A Golpe de Pedal, Conbici e Fridays For Future-, traballa pola integración deste medio de transporte na mobilidade urbana e interurbana, mais tamén avoga por uso igualitario e seguro da bici para o conxunto de persoas usuarias. Cidades para a bicicleta En todo o Estado, sinala o informe, millón e medio de persoas empregan a bicicleta a diario. A metade da poboación recorre a este medio de transporte de forma habitual. Arredor dun 60% son homes e 40% mulleres. Na cidade de Vigo esa diferenza dispárase segundo un estudo cualitativo realizado por Greenpeace, que apunta 80% de usuarios homes e 20% de mulleres. Un 15% das mulleres non saben andar en bici fronte a 5% dos homes Estes datos, apunta Iria Vázquez, membro da plataforma Vigo Ciclábel e integrante do equipo de equidade de Conbici, destacan a necesidade de facer máis estudos que dean conta da realidade na Galiza, en vilas e cidades, e sobre todo, "a necesidade de facer políticas públicas de mobilidade con perspectiva de xénero, para que as mulleres nos sumemos á bicicleta en pé de igualdade". A primeira barreira coa que se atopan moitas mulleres é a falta de coñecemento e práctica para pedalear. Sexismo Un 15% das mulleres non saben andar en bici fronte a 5% dos homes e 20% considera que non sabe circular correctamente fronte a 7,6% dos varóns."O ano pasado impulsamos varios cursos dirixidos a mulleres e foron un éxito, mesmo con lista de agarda", explica Vázquez, quen apunta un perfil diverso entre as demandantes, que non tiveron a oportunidade de aprender por sexismo ou falta de tempo. O acoso viario e os estereotipos son outros estorbos a bater. "Hai que rachar coa idea de que a bicicleta é para xente nova, en forma e deportista. É unha ferramenta de empoderamento que ademais dunha mobilidade ecolóxica e respectuosa, nos ofrece independencia dentro do espazo público". Está demostrado que as mullertes facemos traxectos distintos, máis breves, con máis paradas Pero para iso cómpren infraestruturas protexidas e seguras: carrís bici, aparcadoiros, conectividade, intermobilidade en tren e barco sen restricións. "E cómpre o respecto dos coches. No caso das mulleres prodúcese un acoso duplo: viario e sexista, que inclúe pitos, comentarios e bromas que non teñen ningunha graza". Aprobada a nova 'Lei Ciclista': así se punirán agora os delitos de seguridade vial Achegar a perspectiva de xénero á mobilidade, en particular en bicicleta, é necesario, di Vázquez, "tamén porque está demostrado que facemos traxectos distintos, máis breves, con máis paradas" e iso require de infraestruturas e medidas adecuadas como unha rede ciclista, sitios onde deixar e gardar a bici ou a pacificación do tráfico; demandas para todos os usuarios que estarán presentes na I Bicicletada pola Mobilidade que Vigo Ciclábel organiza esta tarde con motivo da Semana Europea da Mobilidade. Ás 20 horas partirá desde o Olivo do Paseo de Alfonso XII.
NOS_33049
Os viños do Ribeiro experimentaron un forte declive nos últimos 15 anos. O seu nome continúa a ser o máis coñecido, en parte por seren a Denominación de Orixe (DO) máis antiga da Galiza, mais segue a perder peso en produción e mercado. Un estudo que se presenta este sábado 8 de febreiro en Arnoia propón que a DO recupere terras e abra mercados
O Consello Regulador da Denominación de Orixe (CRDO) Ribeiro solicitou un exhaustivo estudo socioeconómico e estratéxico a Edelmiro López, profesor da USC, no que participaron as tres universidades galegas. Para a realización deste documento actualizaron estatísticas da Xunta e do Ministerio de Agricultura a través da documentación do propio Consello. Como paso previo mantiveron reunións con adegas, sector colleiteiro e viticultor ademais de coas cooperativas. Unha base sólida Na análise de partida atopáronse algúns aspectos positivos dos cos que iniciar unha futura recuperación. Edelmiro López explica a Nós Diario que na actualidade as explotacións vitivinícolas "son pequenas mais en exceso". Un 10% delas son profesionais e teñen 40% da superficie. Como segundo dato positivo o estudo salienta que xa se fixo unha reconversión moi forte das variedades de uva. "Hai 15 anos a maior parte era de variedades autorizadas, en realidade uvas de baixa calidade", explica, "hoxe en día 2/3 da uva que se produce é de variedades autóctonas como a Treixadura", engade. Con esta mellor materia prima pódense elaborar viños de máis calidade e acadar maior prezo no mercado. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.
NOS_16240
Enel Green Power investiu 61 millóns de euros nos novos parques eólicos galegos.
Galiza segue a sumar potencia renovábel. Desta vez foi Enel Green Power, a filial verde de Endesa, a que conectou á rede dous novos parques eólicos. Tratase da planta eólica de Paradela, con 6 aeroxeradores que proporcionan unha potencia total de 12 megavatios (MW), e a de Serra das Penas, nese mesmo concello, formada por 21 aeroxeradores con 42 MW de potencia. Neles, a compañía investiu 61 millóns de euros e xuntos evitarán a emisión á atmosfera de 121.300 toneladas de CO2. Estas dúas instalacións súmanse ao recentemente conectado parque Reformado de Pena Ventosa, no concello de O Vicedo, con 8MW de potencia e que leva aportando enerxía á rede desde o pasado mes de novembro. Con estes novos megavatios que veñen de entrar en operación, Endesa suma na Galiza 566MW repartidos en 23 parques eólicos. Modelo innovador A execución destes proxectos fíxose seguindo o modelo de 'Sitio de Construcción Sostíbel' de Enel Green Power, que inclúe a instalación de paneis solares fotovoltaicos para cubrir parte das necesidades enerxéticas durante a obra. Ademais, adoitáronse medidas de aforro de agua coa instalación de depósitos e sistemas de recollida de chuvia. Finalizados os traballos, tanto os paneis fotovoltaicos coma os equipos de aforro de agua doaranse para o seu uso público. O conselleiro delegado de Endesa, Xosé Bogas, afirmou que a compañía "está a ultimar a conexión á rede" dos 879 MW renovábeis adxudicados na poxa de 2017, o que "amosa o seu empeño co cumprimento dos compromisos adquiridos nas licitacións". "Trátase dun paso máis na aposta de Endesa na produción de enerxía limpa, un dos piares da política de transición enerxética", indicou.
PRAZA_8439
Terá lugar ás sete da tarde deste martes. Demándase que os deputados populares apoien no Congreso os principais puntos da ILP presentada pola plataforma: dación en pagamento retroactiva, aluguer social e moratoria de desafiuzamentos.
Stop Desafiuzamentos Compostela convocou unha acción de escrache na sede do Partido Popular en Santiago de Compostela, na rúa Alfredo Brañas. Terá lugar este martes ás sete da tarde e coincidirá con accións semellantes nas sedes populares en toda España. Demándase que os deputados do PP apoien no Congreso os principais puntos da ILP presentada pola plataforma: dación en pagamento retroactiva, aluguer social e moratoria de desafiuzamentos. Demándase que os deputados do PP apoien no Congreso os principais puntos da ILP presentada pola plataforma: dación en pagamento retroactiva, aluguer social e moratoria de desafiuzamentos. Stop Desafiuzamentos lembra que a ILP, avalada por 1.402.854 sinaturas, aceptouse a trámite "grazas á presión social cando todo o mundo o daba por perdido". Rematou xa o prazo de emendas e a plataforma denuncia que "as emendas do PP son unha rebaixa substancial das propostas da ILP". Stop Desafiuzamentos critica que "vivimos nunha democracia secuestrada polos intereses dos lobbies financeiros. Uns lobbies aos que só a cidadania plantou cara" e afirma que o Partido Popular "ten a obriga de escoitar o clamor popular, está nas súas mans aceptar as demandas da cidadanía, ou continuar a perpetuar unha situación que condena milleiros de persoas a unha morte civil". Tamén denuncia que "o PP fixo un burdo intento de criminalizar a campaña de escraches informativos aos deputados do PP para desviar a atención, porque as demandas da ILP teñen o apoio do 90% da cidadania e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarou os que desafiuzamentos son ilegais".
PRAZA_4626
Obama busca afianzar un legado histórico en política exterior colocando Irán como epicentro dunha nova realpolitik para Washington en Oriente Medio. Pero a chave semella estar mais ben na dinámica interna de poder en Teherán e de como estes recentes cambios na rexión influirán na definición e concreción dos intereses iranianos.
A entrada en vigor o pasado 20 de xaneiro do acordo nuclear entre Irán e o G5+1, que levou á suspensión do enriquecemento de uranio durante seis meses e a o tácito acordo para as inspeccións da AIEA, engadido ás presións finalmente infrutuosas sobre a eventual participación de Teherán nas conversacións de paz en Siria retomadas esta semana en Xenebra, son variables que permiten determinar o cada vez maior peso de Irán como epicentro estratéxico no pulso de contrapesos que, con cada vez maior evidencia, están reconstituíndo o mapa xeopolítico de Oriente Medio. Sen menoscabar as incertezas sobre este novo escenario e os alcances destes contrapesos, o momento actual anuncia unha súbita recomposición de posicións para Irán, especialmente de cara a rivais rexionais como Israel e Arabia Saudita, e unha expectante política por parte de actores externos, principalmente EUA e Rusia. Este novo escenario, identificado nunha especie de "entente disuasiva" entre Occidente e Irán, moi probablemente modificará os parámetros tradicionais da convulsionada xeopolítica de Oriente Medio. Os alcances do pacto nuclear subscrito en novembro pasado entre Irán e o G5+1, conformado por EUA, Alemaña, Francia, Gran Bretaña, Rusia e China, permitiron esta semana que Teherán iniciara o primeiro paso deste acordo para suspender o proceso de enriquecemento de uranio ao 5% e diluír ao 20% o existente nas súas centrifugadoras. As inspeccións da AIEA nos próximos días verificarán a posta en marcha dunha axuda económica valorada de US$ 4.200 millóns prometida a Teherán Precisamente, a Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA) anunciou esta semana que Teherán xa comezou a desconexión dalgunhas centrifugadoras, principalmente a de Natanz, motor principal do seu programa nuclear. No fondo está en xogo unha importante saída para as sancións internacionais que sofre Irán desde que en 2003 acelerou o seu programa de enriquecemento de uranio. As inspeccións da AIEA nos próximos días verificarán a posta en marcha dunha axuda económica valorada de US$ 4.200 millóns prometida a Teherán, que paulatinamente incrementarase aos US$ 100.000 millóns en caso de constatarse a conxelación completa do seu programa nuclear. O pacto de Xenebra Pero todo isto parece máis ben afirmar unha aposta xeopolítica do presidente estadounidense Barack Obama para disuadir a Irán con beneficios económicos en caso de lograr paralizar un programa nuclear que crea gran controversia na rexión, principalmente con respecto a Israel e Arabia Saudita, os dous principais rivais iranianos en Oriente Medio e no Golfo Pérsico. Este proceso de disuasión cara a Irán ten outra vertente que definirá a consistencia política interna do actual presidente, o clérigo moderadamente reformista Hassan Rohaní, electo en xuño de 2013 Todo isto sen menoscabar o efecto desta política de Obama cara outras potencias rexionais, como Turquía e Exipto, aínda que esta última case "fora de xogo" polos seus problemas internos tralo golpe militar de xullo de 2013 e a polarización do seu actual proceso constituínte. Este proceso de disuasión cara a Irán ten outra vertente que definirá a consistencia política interna do actual presidente, o clérigo moderadamente reformista Hassan Rohaní, electo en xuño de 2013. Aínda que a momentánea parálise do programa nuclear reverterá no acceso a fondos e beneficios económicos para unha economía iraniana sumida nunha forte crise polas sancións internacionais e as limitacións de Teherán ao acceso e expansión de mercado petroleiro e de gas natural, o mesmo supón calibrar os seus efectos na política interna iraniana, tomando en conta a tradicionalmente intransixente posición da Garda Revolucionaria Islámica, detentora do control do programa nuclear e auténtico "corpo pretoriano" dentro da estrutura teocrática de poder en Irán, cun incuestionable peso político, militar e económico. Un dos principais enigmas do pacto nuclear entre Irán e o G5+1 é saber como interpretará en realidade a Garda Revolucionaria os alcances do mesmo Un dos principais enigmas do pacto nuclear entre Irán e o G5+1 é saber como interpretará en realidade a Garda Revolucionaria os alcances do mesmo, xa que este pacto constata o control e vixilancia da AIEA deste programa nuclear. Por tanto, é moi posible que o factor de equilibrio estea máis ben en mans do Gran Aiatolá Alí Jamenei, quen nos últimos meses abandonou a intransixencia para apostar pola diplomacia de Rohaní, principalmente de cara a Washington. Pero os próximos meses serán decisivos para calibrar tanto o alcance das negociacións coa AIEA e o G5+1 como en observar os pulsos e contrapesos na dinámica interna de poder en Teherán. Dilemas en Siria, certezas en Iraq Con todo, non resulta descartable especular co feito de que o pacto nuclear con Irán posúe unha cláusula tácita de carácter xeopolítico, principalmente deseñada dende Washington, obviamente co aval iraniano. Tralo fracaso de Obama por levar a cabo un ataque unilateral contra Siria en setembro pasado, finalmente desestimado pola rápida acción diplomática rusa para alcanzar un compromiso de acordo co réxime de Bashar al Asad, Washington especulou durante meses coa necesidade de incluír un actor estratéxico como Irán no complicado mosaico de conflitos en Siria. Trala audaz pax rusa de setembro, o réxime de Bashar al Asad logrou conservar e ata avanzar en posicións estratéxicas Esta semana, o Grupo Amigos de Siria volveu poñerse en marcha para levar a cabo negociacións (o proceso Xenebra II) orientadas a posibilitar solución negociada do conflito. Estas conversas, impulsadas por EUA e Rusia, presentaron agudos niveis de polarización e ataques recíprocos entre representantes do goberno e da oposición siria, deixando entrever a práctica imposibilidade dun acordo a curto prazo. Trala audaz pax rusa de setembro, o réxime de Bashar al Asad logrou conservar e ata avanzar en posicións estratéxicas, toda vez a heteroxénea oposición siria, moi polarizada e ata ameazada internamente pola fortaleza de grupos yihadistas e a rede de Al Qaeda en Siria e Iraq, móstrase frustrada pola acción diplomática rusa, a consistencia do réxime de Bashar al Asad (malia a perda de control de diversas rexións en mans rebeldes) e a certificación de que Washington xa non vai optar por unha acción militar unilateral. A renovación das conversas de paz para Siria igualmente polarizou as controversias ante a pretensión inicial de incluír a Irán nas negociacións. Os rebeldes sirios, cuxa base de operacións políticas atópase practicamente en Ankara (Turquía), opóñense radicalmente á inclusión iraniana, tomando en conta que Teherán é un tradicional aliado do réxime sirio así como de Rusia. Estas presións finalmente persuadiron á ONU a rexeitar a petición de invitación a Teherán a participar en Xenebra II, un aspecto que igualmente foi percibido como unha sutil presión por parte de Washington ante a certificación de que Irán anunciara a súa intención de acudir ao cumio de Xenebra II "sen precondicións", un sinal de que non aceptaría (cando menos non facilmente) unha rápida transición post-Bashar en Siria. O pacto nuclear con Irán e a promesa do alivio de sancións económicas cara ao país persa parecen estar diametralmente asimilando a posibilidade de colocar a Irán como un actor chave para os intereses estadounidenses e, por tanto, occidentais Con todo, Obama xoga en dúas bandas. O pacto nuclear con Irán e a promesa do alivio de sancións económicas cara ao país persa parecen estar diametralmente asimilando a posibilidade de colocar a Irán como un actor chave para os intereses estadounidenses e, por tanto, occidentais. No entanto, é posible que a negativa de aceptar a Teherán no cumio pola paz en Siria poida provocar maiores riscos para Occidente á hora de solucionar a guerra civil siria. Neste sentido, a realpolitk e o pragmatismo cara Teherán pode prevalecer nas futuras negociacións. Irán e EUA están acordando intereses comúns en escenarios tensos que volven mostrar a súa convulsión, como é o caso de Iraq, país que irá a eleccións parlamentarias en abril baixo unha renovación da violencia sectaria, tal e como se vén vivindo recentemente na cidade de Faluya. O caos de Faluya, onde forzas iraquís que contan con apoio loxístico estadounidense e o tácito respaldo da comunidade xiíta, principal bastión de poder de Teherán en Iraq, demostra os intentos por deter calquera pretensión do grupo Al Qaeda en Siria e Iraq por concretar unha especie de "correa de transmisión" na cada vez máis porosa fronteira sirio-iraquí, colocando a Faluya como epicentro dos ataques. Liña directa entre Washington e Moscova Washington, contando co tácito apoio ruso, parece decidido a formalizar unha nova concepción de intereses en torno a Irán a través do pacto nuclear Polo tanto, Washington, contando co tácito apoio ruso, parece decidido a formalizar unha nova concepción de intereses en torno a Irán a través do pacto nuclear e da eventual concreción de intereses comúns en torno á posición xeopolítica de Teherán en Siria e Iraq. É igualmente probable que as tensións bilaterais entre Washington e Moscova polo "caso Snowden" e a iniciativa rusa de deter un ataque unilateral estadounidense en Siria, deriven nunha nova realpolitik entre Rusia e EUA, na cal Washington parece persuadido a gañarse o apoio ruso en Oriente Medio a cambio dunha paralización (ou en todo caso diminución) da intromisión estadounidense na periferia ex soviética, tal e como se está observando coa crise política que vive Ucraína desde finais de 2013. O contexto actual parece clarificar a perspectiva dun reacomodo de intereses entre Obama e o presidente ruso Vladimir Putin tralo "caso Snowden". O notorio distanciamento de Washington cara á crise ucraína parece anunciar que EUA xa non parece convencido a xogar con forza e apostar (cando menos polo momento) todas as súas cartas xeopolíticas no complicado xadrez da periferia rusa ex soviética. Con isto, Moscova avanza na súa pretensión por concretar para 2015 unha Unión Económica euroasiática coa visible pretensión por recuperar a súa influencia na periferia ex soviética, afastando a intromisión occidental en Europa Oriental e no Cáucaso, así como potencialmente de China en Asia Central. Washington apenas premeu a Moscova en materia de dereitos civís e do notorio deterioro da democracia rusa, toda vez observa como Putin está buscando recuperar posicións no espazo euroasiático Precisamente, outro aspecto que evidencia esta nova realpolitik entre Washington e Moscova ten que ver coa próxima inauguración en febreiro dos Xogos Olímpicos de Inverno en Sochi (Rusia). Washington apenas premeu a Moscova en materia de dereitos civís e do notorio deterioro da democracia rusa, toda vez observa como Putin está buscando recuperar posicións no espazo euroasiático. Esta especie de pacto tácito ruso-estadounidense igualmente parece formar parte do tácito apoio que Putin recibe de Obama á hora de repeler a constante ameaza do terrorismo separatista chechén e do yihadismo caucásico que se cerne sobre estes xogos de Sochi. Cómpre por tanto especular se Ucraína sexa, aos ollos de Obama, unha especie de "moeda de cambio" para obter unha tácita aceptación rusa da nova política de Washington cara a Irán, a cal hipoteticamente beneficiaría aos intereses rusos en Oriente Medio. Precisamente, Rusia, India e China son os actores externos que máis se beneficiaron coa persistente política de sancións de EUA e Europa cara Irán, especialmente en materia de importación petroleira e transferencias financeiras. Cómpre por tanto especular se Ucraína sexa, aos ollos de Obama, unha especie de "moeda de cambio" para obter unha tácita aceptación rusa da nova política de Washington cara a Irán, a cal hipoteticamente beneficiaría aos intereses rusos en Oriente Medio Xunto ao réxime sirio, Putin é un dos propulsores da inclusión iraniana nas negociacións de paz en Siria, aínda que está por ver cal será a posición de Moscova ante a pretensión estadounidense de abrir o mercado enerxético iraniano ás multinacionais estranxeiras, aparente "cláusula indirecta" do pacto nuclear con Irán que oficialmente se inaugurou esta semana. Un eixe saudita-israelí? A audaz iniciativa diplomática de Teherán tralo pacto nuclear e a concreción de intereses entre Rusia e EUA colocan nun grave dilema a dous actores estratéxicos como Israel e Arabia Saudita, tradicionais aliados estadounidenses cuxas fricciones con Washington intensificáronse ante os recentes acontecementos en Oriente Medio. Obama parece persuadido a observar que unha inalterable política de suxección de Washington aos intereses israelís en Oriente Medio resulta contraproducente para os intereses estadounidenses na rexión A pesar dos estratéxicos nexos políticos, militares e económicos, Obama parece persuadido a observar que unha inalterable política de suxección de Washington aos intereses israelís en Oriente Medio resulta contraproducente para os intereses estadounidenses na rexión. A crise exipcia ha evidenciado os riscos dunha política de dobre vara de medir onde Washington tentou inicialmente congraciarse coas demandas de democratización da cada vez máis atomizada Primavera árabe, incluso achegándose ao islamismo político a través da actualmente perseguida Irmandade Musulmá exipcia, colocando así en risco os intereses estratéxicos de aliados tradicionais como Israel e Arabia Saudita. Velaí que o golpe militar exipcio de xullo pasado, amplamente celebrado por israelís e sauditas temerosos de observar o eventual fortalecemento do islamismo político como elemento contestatario e, especialmente, polo fugaz achegamento da Irmandade Musulmá a Irán, colocou Washington ante serios dilemas. O actual proceso constituínte en Exipto, iniciado a semana pasada, está confirmando a preservación do status quo post-Golpe, co xeneral Fatah al Sissi á fronte do poder e coa represión sistemática cara á Irmandade Musulmá. Con todo, o xogo de intereses que Obama intenta agora aplicar a Irán, coa pretensión de propiciar un clima de distensión que permita a Washington afianzar unha nova xeopolítica en Oriente Medio, supón un claro toque de atención cara a Israel e Arabia Saudita. Curiosamente, un resultado colateral de todo isto pode resultar nun histórico e inédito achegamento israelí-saudita, o cal pode tamén presentar notorios cambios na xeopolítica rexional. Arabia Saudita, principal rival iraniano no Golfo Pérsico, está convencido de que un ascenso de Teherán como líder do mundo xiíta en Oriente Medio (Iraq, Siria, Líbano, Palestina, Exipto), supón directamente unha ameaza ao mundo árabe Arabia Saudita, principal rival iraniano no Golfo Pérsico, está convencido de que un ascenso de Teherán como líder do mundo xiíta en Oriente Medio (Iraq, Siria, Líbano, Palestina, Exipto), supón directamente unha ameaza ao mundo árabe, tomando en conta a maioría da comunidade sunnita. Sen realizar estritamente este cálculo, Israel observaría unha concreción de intereses con Arabia Saudita co respecto a Irán, aducindo os riscos para a súa seguridade por parte do programa nuclear iraniano así como a implicación de Teherán a través dos seus intereses en escenarios conflitivos de países árabes fronteirizos con Israel, como Siria e Líbano, principalmente. Pero no fondo, os temores israelís focalízanse na súa súbita perda da absoluta e exclusiva influencia na concreción de pautas para a política exterior estadounidense en Oriente Medio, tomando en conta a política de disuasión de Obama cara Irán. A mesma igualmente inflúe cara outros actores con fortes intereses na rexión, como Turquía e Catar, tradicionalmente aliados de Washington pero que nos derradeiros tempos apostaron por unha política mais autónoma que pode ver desprazada a súa influencia ante a recomposición de intereses de EUA e iniciativa de Irán por calibrar os seus intereses xeopolíticos. Os temores israelís focalízanse na súa súbita perda da absoluta e exclusiva influencia na concreción de pautas para a política exterior estadounidense en Oriente Medio Non obstante, todas estas variables e os seus hipotéticos escenarios estarán igualmente determinados polo principal test político para Obama neste 2014, que serán os comicios de renovación do Congreso e dun terzo do Senado para novembro próximo. A perspectiva dunha bicefalia de poder en Washington, cun Congreso probablemente en control dos demócratas e dun Senado que eventualmente podería caer en mans dos republicanos, persuade a Obama a acelerar unha nova política en Oriente Medio, toda vez os lobbies israelí e saudita en Washington poden buscar apostar por sectores máis radicais dentro dos republicanos. En perspectiva, Obama busca afianzar un legado histórico en política exterior colocando Irán como epicentro dunha nova realpolitik para Washington en Oriente Medio. Pero a chave semella estar mais ben na dinámica interna de poder en Teherán e de como estes recentes cambios na rexión influirán na definición e concreción dos intereses iranianos.
NOS_6267
Aconteceu xa en 2012 co libro Guinnes World Records, da editorial Planeta. E agora, dous anos despois, o porco bravo voltou dar a benvida ao seu clube enviando ás crianzas dous brinquedos en castelán. A dirección do programa, obrigada a pedir desculpas.
"Unha obra moi especial: o libro Guinnes Word Records, un agasallo por cortesía de Planeta cos socios do Xabarín Clube, o libro de nunca rematar!". O Xabarín anunciaba desta maneira e xa en 2012 o novo agasallo que entregaría ás crianzas que facían parte do seu clube. O único espazo da televisión pública da Galiza onde grandes e pequen@s poden gozar da animación en galego pasábase así ao español. En 2012 o Xabarín anunciou en pantalla o agasallo do libro Guinnes Word Records, en español A historia voltou repetirse dous anos despois. A dirección do programa viuse na obriga de pedir desculpas a un pai, o escritor Séchu Sende, após enviar unha carta para manifestar o seu malestar porque a súa filla, unha crianza de catro anos, recibiu dous brinquedos en castelán á maneira dunha benvida por se facer socia do clube infantil. "O Xabarín, secuestrado?" Nunha entrada no seu blogue, Made in Galiza, Sende pendurou o escrito que remitiu á dirección do Xabarín. Após recordar cales son os obxectivos da televisión pública da Galiza e da súa programación infantil --a promoción e difusión da nosa lingua, tamén entre as crianzas--, Sende botou man da retranca e soliciou "a inmediata liberación" do porco bravo, barallando a posibilidade de que alguén o tivese "secuestrado". Un pai esixe nun correo-e enviado á dirección do programa que o porco bravo "funcione con normalidade, sen comportamentos diglósicos" E brincadeiras á marxe, este pai quixo saber se a equipa responsábel do programa "está a actuar como axente desgaleguizador" amparando "unha política lingüística contra a normalización do galego". Por derradeiro, solicitou a rectificación desta actitude "e que o Xabarín volte funcionar con normalidade, sen comportamentos diglósicos". A dirección do programa pide desculpas Axiña recibiu resposta. Alberto Casal, director deste espazo infantil, informou nunha carta de que o porco bravo "non foi secuestrado nen mudou o seu gusto conxénito polo galego". A explicación de que a filla de Sende e outras crianzas do País recibiran material en español é a seguinte: "entendemos --o material-- máis coma xoguetes que coma libros". A dirección do Xabarín enviou material en español "porque eran xogos, non libros" "Pode ficar tranquilo porque non temos pensado mudar de criterio", explica Casal no seu escrito, a respeito da posibilidade de que o porco bravo se tornase bilingüe. A renglón seguido, comprometeuse a que tod@s @s pequen@s que recibiron agasallos semellantes aos recibidos por esta crianza, é dicir, agasallos en castelán, "procedemos ao envío doutro elemento inequivocamente en galego".
NOS_29706
Sanidade espera ter controlado coa vacinación o brote de hepatite A con 6 escolares e 4 adultos afectados.
A Consellería de Sanidade detectou un brote de hepatite A nun colexio de Lalín, polo que recomenda vacinarse por ser "a mellor protección" fronte a esta enfermidade. Segundo informou Sanidade, o centro de saúde de Lalín xa comezou esta segunda feira a vacinación de hepatite A recomendada ás e aos escolares, docentes e familiares directos do CEIP Xesús Gomar deste municipio, onde se detectaron varios casos. En concreto, o Sergas destina tres profesionais de enfermaría a realizar a vacinación en quendas de mañá e tarde desde este luns até o próximo día 28 de febreiro. Sanidade espera ter controlado coa vacinación o brote de hepatite A con 6 escolares e 4 adultos afectados en Lalín Sanidade explicou que, após a comunicación de "varios casos de hepatites A en alumnos" do CEIP Xesús Golmar, recomendou a vacinación aos escolares e profesores dos cursos afectados, así como aos seus contactos máis próximos. A pasada sexta feira, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra remitiu unha carta aos familiares e docentes a través da dirección do centro escolar na que especificaba a recomendación da vacinación e outra información sobre a enfermidade, sintomatoloxía e como previr o contaxio, indicaron as mesmas fontes. Ademais, convocouse aos escolares, docentes e familias a unha reunión na tarde deste luns con persoal de Saúde Pública e do centro de saúde da localidade "para aclarar todas as dúbidas", manifestou a Consellería. Síntomas e protección Sanidade concretou que a hepatite A é unha enfermidade infecciosa aguda producida polo virus VHA. As manifestacións da infección abarcan desde un período de síntomas inespecíficos, como a falta de apetito, náuseas e malestar xeral, até a ictericia --cor amarela na pel e mucosas-- e signos de lesión hepática. A duración dos síntomas é variábel, puntualiza Sanidade, de entre unha e dúas semanas, até "varios meses nas formas graves". "Non se sabe que se produza infección crónica", matiza. A enfermidade, que ten un período de incubación de entre 15 e 50 días, coa media en 28-30 días, "adoita ser moi leve en nenos e máis grave nos adultos", especifica a Consellería. Por todo iso, subliña Sanidade que a "mellor protección fronte á hepatite A é a vacinación", recomendada nos contactos estreitos dos enfermos e en certos grupos de risco. "Para evitar contaxos é importante a hixiene de mans", conclúe.
NOS_41559
A través das súas redes sociais pregúntase se os medios públicos galegos están "de rebaixas de verán ou de liquidación por peche?".
A plataforma de traballadores da radio e a televisión públicas galegas, Defende a Galega, denuncia a través das redes sociais os recortes que se van a producir na información que ofrecerá a CRTVG á cidadanía durante os meses de verán. A través dunha campaña en Twitter, que case volven facer viral polo seguimento de moitos traballadores e traballadoras, que mesmo engaden as súas propias reflexións, explican que no estío A Galega queda "sen informativos locais e sen zigzag". Igualmente remarcan que non se vai achegar á audiencia datos "do agro" e tampouco do mar, como si é habitual no resto da tempada televisiva. Outra das críticas que resumen é que se van facer "reposicións de novas de varios meses atrás" impedindo amosar a actualidade ao 100%. "Rebaixas de verán ou liquidación por peche?", pregúntase o colectivo, que volve empregar o cancelo do #venresnegro pero que tamén utiliza ese sistema para dicir "non ao desmantelamento". "Defendemos o noso. Defendemos unha Rtvg de calidade, verán, outono, inverno e primavera", pódese ler nun dos chíos que provocou esta denuncia. "Se non é un desmantelamento... que alguén mo explique", destaca outra usuaria ao respecto da campaña. Críticas no Parlamento As críticas de parte do cadro de persoal coinciden no tempo coa comparecencia do director xeral da Corporación Radio e Televisión da Galiza (CRTVG), Alfonso Sánchez Izquierdo, no Parlamento. Alí a oposición reprochoulle que "a dependencia económica absoluta da Xunta" estea a levar á "manipulación informativa". Tamén afearon que haxa máis investimento en "produción propia allea". "Non usan o superávit para recuperar programas senlleiros como O Agro, nin para principiar a creación da canle Xabarín, nin para mellorar o uso do galego nin para avanzar na independencia informativa", criticou a deputada do Bloque María Albert. A socialista Noelia Otero demandou unha "aposta e compromiso que non pase pola externalización e privatización que imposibilitarían que o proxecto seguise vivo".