ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_1236
"Non podemos confiarnos e baixar a garda con estes datos", alerta o conselleiro de Sanidade. Por outra banda, anunciou que as persoas de 14 a 16 anos serán citadas a partir da vindeira semana.
"Non podemos confiarnos e baixar a garda con estes datos". Con estas verbas dirixiuse nesta cuarta feira á cidadanía galega o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa posterior á xuntanza do Comité Clínico. O conselleiro puxo o foco na ocupación hospitalaria, aínda en valores elevados con 259 doentes en planta (catro menos que na xornada anterior) e 63 na UCI (sen cambios), unha cifra que cualificou de "preocupante". "O perfil das persoas ingresadas é demoledor, temos en estado crítico xente de 16, 20, 23, 28 e 30 anos, o que supón que o virus segue activo e que está a afectar especialmente a xente máis nova", dixo. Remiten os contaxios Con todo, a curva de contaxios da Covid-19 está a descender na Galiza a un ritmo semanal de -4%. Así o confirmou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán. De feito, os casos activos caen unha nova xornada até os 12.730 (346 menos que no día anterior), a pesar do lixeiro incremento dos novos positivos detectados en 24 horas, un total de 597 (+193), a metade nas áreas sanitarias da Coruña-Cee e Vigo. Porén, a taxa de positividade segue a duplicar o limiar de 5% recomendado para controlar a transmisibilidade, cun dato de 9,9%. E a variante Delta do coronavirus ten xa unha prevalencia de 91%, fronte ao 7% da Alfa. No que atinxe ás residencias de maiores, as infeccións activas baixan a 110 (-9), mais fican en 51 os positivos nos centros de atención á diversidade. Aliás, desde o inicio da pandemia faleceron 2.518 galegos e galegas por mor da Covid-19 (+6). Medidas "transitorias" no sector hostaleiro Con estes datos sobre a mesa, e logo de que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) tombara o pasado sábado a obriga de presentar o certificado Covid para acceder ao interior dos locais hostaleiros, Sanidade decidiu aprobar "de forma transitoria" unha ampliación da capacidade permitida nestes estabelecementos. Así, nos chanzos alto e máximo o lecer nocturno só poderá abrir nas terrazas, cunha cabida de 75%, mentres no medio terá unha capacidade de 50% no interior e 75% no exterior e no medio-baixo de 50% e 100% respectivamente. A hostalaría seguirá fechada no interior no nivel máximo, mais poderá atender no exterior a 50%; no alto, a cabida máxima será de 30% e 75%; no medio, de 50% e 100%, e no medio-baixo, de 75% e 100%. García Comesaña afirmou que cando a Xunta teña coñecemento do auto do TSXG estudará "novas medidas" para o sector. Aliás, insistiu en que a exixencia do certificado Covid fora unha decisión "consensuada cos interlocutores do sector", a pesar de que hoxe mesmo 18 asociacións de hostaleiros, entre elas a Plataforma en Defensa da Hostalaría Galega, publicaron un artigo conxunto en Nós Diario denunciando a "falta de diálogo". Cambios de nivel Así as cousas, o Comité Clínico decidiu non situar ningún concello no nivel máximo de restricións. No alto ficarán 35; no medio, 72, e no medio-baixo, os 206 municipios restantes do país. Todas estas medidas serán publicadas no Diario Oficial da Galiza (DOG) e entrarán en vigor ás 00 horas deste sábado. Vacinación dos menores de 16 anos O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezou a citar esta semana as persoas de 16 a 19 anos, ao tempo que prosegue a inmunización do grupo de 20 a 29 (76% deles xa ten a primeira dose). Aliás, o conselleiro adiantou que a vindeira semana está previsto chamar as mozas e mozos de entre 14 e 16 anos. No conxunto da Galiza, 1.859.587 persoas contan xa coa pauta completa (76,4% da poboación maior de 12 anos), e até 2.119.112 recibiron, cando menos, unha dose (86,3%).
NOS_44675
Realizarase unha Asemblea aberta a movementos e colectivos, así como a persoas a nivel individual.
A comezos de marzo decorreu un encontro en Vigo dun grupo de persoas que acordou dar os pasos necesarios para constituír un Comité cidadán por un Plan B na Europa, na liña da iniciativa que está a se estender por Europa e cuxo rostro máis visíbel e coñecido é o do ex-ministro grego Vareoufakis. Na xuntanza na cidade olívica decidiuse convocar unha asemblea aberta "a todos os movementos sociais, organizacións sindicais, forzas políticas e cidadás individuais para constituír un Comité Cidadán por un Plan B na Europa". Será o vindeiro 16 de marzo no Café Catro a Catro a partir das 20:15 horas. Tamén acordaron organizar unhas xornadas de debate para analizarmos as alternativas á Europa da Austeridade antisocial". Ademais, traballan para se sumar á gran mobilización que o 28 de maio vai ter lugar en Europa unha "mobilización europea por un Plan B na Europa". No manifesto, sinalan que "a política de austeridade imposta pola Troika está a destruír as vidas de millóns de persoas, esmagadas polo paro, a precariedade, a privatización dos servizos públicos básicos e a liquidación do dereito laboral". Frionte a iso, prosegue o comunicado, "Nós, cidadás e cidadáns, viguesas e galegas, rebelámonos contra esa Europa neoliberal que pon os dereitos do capital financeiro e das grandes corporacións por riba da vida boa e digna dos seres humanos. Por iso nos constituiremos en Comité Cidadán por un Plan B na Europa".
NOS_481
As galegas e galegos destinan 29% do seu salario a pagar o aluguer da vivenda. O prezo da vivenda está disparado na Galiza. Mentres no conxunto estatal descenden os prezos dos inmóbeis en aluguer e propiedade, a dinámica do mercado galego vai por outro camiño moi diferente. A ausencia dunhas políticas públicas que aposten pola vivenda protexida está no cerne do problema.
O mercado do aluguer na Galiza desmárcase da tendencia estatal e rexistra unha nova alza. Segundo recolle no seu informe do mes de xuño o portal inmobiliario Idealista, o prezo do alugueiro diminuíu nos últimos 12 meses no Estado en 5,6%, con Catalunya, con 13,2%, e Madrid, con 12,4%, liderando a baixada. Pola súa banda, na Galiza tense incrementado en 4,7%, unha suba só superada por Cantabria e Castela-A Mancha. O prezo do alugueiro aumentou en máis de 26,6% nos últimos catro anos. Mentres en xuño de 2016 o valor medio da vivenda arrendada na Galiza se situaba en 5,5 euros por metro cadrado, a contía alcanzou en xuño de 2021 os 7,4 euros, coas principais concentracións urbanas liderando o aluguer máis caro. A este respecto, destacan as alzas de Lugo e Ourense, a capital de provincia do Estado onde máis sobe o aluguer, pero tamén as localidades da área metropolitana da Coruña e de Ourense. O valor medio do metro cadrado en réxime de aluguer aínda se atopa lonxe do máximo histórico de 8,7 euros declarado en maio de 2007. Porén, Lugo e Ourense xa teñen superado os prezos do período da burbulla inmobiliaria ao longo de 2020, concretamente nos meses de agosto e outubro e Vigo tense aproximado nesa anualidade aos prezos anteriores ao estoupido da crise de 2008. Neste sentido, a suba dos prezos da vivenda libre mantense constante e cunha dinámica equilibrada no conxunto das comarcas galegas. Galiza, á cabeza do Estado en inmóbeis baleiros A alza dos prezos da vivenda contrasta co elevado número de inmóbeis baleiros. Segundo un informe elaborado pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), a Galiza é o territorio do Estado coa maior porcentaxe de casas e pisos desocupados, até sumar 299.301 inmóbeis baleiros para un parque de 1,6 millóns de vivendas rexistradas, o que significa o 18,6% do parque total e cinco puntos por media da riba estatal de 13,7%. A taxa de ocupación máis elevada concéntrase nas comarcas coruñesas e pontevedresas, con 62 concellos onde as vivendas desocupadas superan o 25% e outros 33 onde chegan a 30%. Un total de 2.735 dos 299.301 inmóbeis baleiros existentes na Galiza son de titularidade estatal. Concretamente, o seu propietario é a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), popularmente coñecido como o banco malo. A parte máis importante destas vivendas sitúase nas cidades de Vigo e A Coruña, onde, segundo Fegein, hai arredor de 650 e 1.200 demandantes de vivenda. Neste sentido, desde a patronal inmobiliaria teñen reclamado de maneira reiterada ao Estado a súa cesión á Xunta da Galiza para pór en marcha un parque de vivendas públicas destinado ás rendas máis baixas. A caída das promocións da vivenda protexida na Galiza, que nos últimos anos se teñen colocado en mínimos de toda a serie histórica, agrava o problema. Segundo os dados achegados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), entre 2015 e 2019 concedéronse licenzas para 12.734 vivendas, das cales só 82 contan coa clasificación de protexida. Ao tempo, no mesmo período rematáronse 165 vivendas protexidas dun volume de 8.855, o que representa menos do 2% do total. A cualificación dunha vivenda como protexida correspóndelle á Xunta da Galiza, como Administración con competencias plenas en materia de vivenda. As políticas públicas de vivenda O acceso á vivenda tense convertido nun problema para unha parte importante da poboación. Segundo os datos do IGE relativos a 2020, os galegos e galegas destinan de media para sufragar o alugueiro o 29% do seu salario e un 38,5% dos mesmos vense obrigados a dedicar o 42% do seu soldo. Na mesma liña, dedican á compra da primeira vivenda o 15,7% dos seus ingresos, unha cantidade só superada no ámbito estatal pola cidadanía das Baleares. A ausencia de políticas públicas de vivenda destinadas a intervir no mercado inmobiliario explican esta situación. A este respecto, a economista e experta en políticas de vivenda Carmen Trilla sinala que a vivenda protexida "é un amortecedor social, un instrumento regulador do mercado e corrector das súas deficiencias: incidirá conscientemente na redistribución da renda e tamén na cobertura da súa actividade cíclica". "Foi o instrumento de política de vivenda de maior alcance con que se contou desde a segunda metade do século XX. Dentro das vivendas protexidas existiu un forte compoñente de vivendas destinadas a amplos estratos de clases medias, aínda que tamén se construíu un compoñente máis social, as vivendas protexidas, promovidas directamente polas Administracións públicas", conclúe Trilla. A vivenda en propiedade Non é só a vivenda en aluguer. Outro tanto acontece coa vivenda en propiedade. Segundo os datos fornecidos pola Asociación Española da Análise do Valor, en base á información achegada polas diversas entidades de taxacións integradas na mesma, o valor medio do metro cadrado na Galiza sitúase en 1.206,2 euros, con Lugo liderando a alza do valor dos inmóbeis do Estado, cunha suba en 2020 de 12,5%.
NOS_57591
A representación sindical afirma que as e os traballadores da concesionaria mesmo teñen recibido os pagos en man para "que asinen a nómina e logo non poidan reclamar cantidades".
As e os empregados da cafetaría situada no edificio administrativo da Xunta en Compostela protagonizaron hoxe unha nova concentración en protesta polos "graves incumprimentos do convenio" e as "irregularidades" que supostamente comete con eles o Grupo Baiuca, que ten a concesión do servizo. Segundo o delegado sindical da CIG no local de hostalaría, Gerardo Pablo Caramés, esas accións fóra da normalidade no que atinxe á lexislación laboral son "constantes". Por exemplo, acusa á empresa de facer unha rebaixa "unilateral e ilegal das bases de cotización" de todo o persoal, que ademais incumpre o convenio da hostalaría. "Fan mal o pago de salarios, con numerosos erros nas nóminas e acumulando débedas con todo o persoal que está en ERTE a tempo parcial", incidiu o representante na acción pública de hoxe. Nas cuestións do cobro, afirma que a concesionaria da Xunta en San Caetano "deixou de facer o pago das nóminas a través de transferencia bancaria para facelo en efectivo e en man". Caramés sostén que é unha estratexia para que as e os operarios asinen as nóminas e logo non teñan a posibilidade de "reclamar cantidades" malia que estean erradas. O problema, engade, é que tampouco se permite a negativa a asinar por ver que o soldo é menor ao acordado porque existen "ameazas" por parte do Grupo Baiuca. "Estase utilizando o ERTE parcial, que actualmente ten a empresa, coa finalidade de castigar aos traballadores e traballadoras que reclaman os seus dereitos", critica o delegado da CIG. Esta situación de enfrontamento só derivou "nunha grande precariedade" para as e os traballadores polo que non descartan ten que recorrer á folga.
NOS_49343
As familias piden transparencia á Consellaría e solicitan reunirse con representantes dos partidos políticos a nivel galego.
A Plataforma en Defensa do Colexio Frei Luis de Granada en Sarria, anunciou onte que prepara unha manifestación para reclamar a construción dun novo colexio público, debido aos "problemas estruturais" dos que adoece o actual. Francisco Javier Pico, veciño, pai e membro da ANPA do centro explica que, nun comezo a Consellaría de Educación ofrecera ás familias dúas solucións: repartir á rapazada por centros da contorna ou trasladala á Escola Fogar. "A pasada semana soubemos que existía unha terceira opción de repartir ao alumnado entre as aulas libres do instituto e da escola infantil, un total de trece", denuncia en declaracións a Nós Diario, criticando a falta de transparencia da Administración. "Non nos deron toda a información da que dispoñían", engade. Por ese motivo, unha das peticións acordadas na última reunión da plataforma é a de demandar á Consellaría que comparta todos os datos cos que conta coas familias. "Alí tamén nos asesorou una vogado, que nos recomendou agardar ao mes de maio ou xuño para exixir unha solución respecto o posíbel traslado do alumnado a unhas aulas máis dignas ou a construción dun novo centro, di Pico. Na actualidade están a realizarse obras de urxencia no centro, ao tempo que en Compostela a Xunta avanza no proxecto dunha reforma completa. "As obras de urxencia demostran que o colexio non é seguro, como nós denunciabamos", critica este pai.A plataforma tamén recreará unha aula da Escola Fogar na rúa, "para denunciar as condicións nas que estudan os nosos nenos na actualidade".
NOS_26626
Como ben recolle o prólogo de Inma López Silva á obra, moito do coñecemento sobre María Casares chega a nós nas últimas dúas décadas, a través das traducións das súas memorias, pero tamén coa recente publicación da súa apaixonada correspondencia con Albert Camus.
Se no contexto da literatura galega a reedición segue a ser un feito relativamente excepcional, podemos dicir que no ámbito concreto da escrita dramática é aínda máis extraordinario. Despois das ondas gañaba o Premio Rafael Dieste hai cinco anos e era publicada pola Deputación da Coruña. Desde 2020 e neste mesmo momento figura como un dos espectáculos representados por ButacaZero, un feito que fala tamén da súa boa acollida por parte do público. Despois das ondas / Ernesto Is / Galaxia / 2022 / 84 páxinas / 11 euros Resulta difícil deslindar ese interese do emprego dunha figura da memoria republicana como elemento central. Unha figura que nos nosos días é tan recoñecíbel como, en moitos aspectos, enigmática. Despois das ondas é unha peza que xira arredor de María Casares, filla de Casares Quiroga, a quen acompañou no exilio francés tras o golpe militar de 1936. Sería nese contexto onde desenvolve a súa destacada carreira de actriz, entra en contacto cos círculos intelectuais da posguerra e mantén tamén unha fonda vinculación sentimental coa terra que deixou atrás. Como ben recolle o prólogo de Inma López Silva á obra, moito do coñecemento sobre a actriz chega a nós nas últimas dúas décadas, a través das traducións das súas memorias, pero tamén coa recente publicación da súa apaixonada correspondencia con Albert Camus. Segue a haber, por tanto, algo de sombra permanente en María Casares que resiste a todo o coñecemento obxectivo que poida irse definindo. Posiblemente é a sombra que acaban por representar as figuras híbridas, as que, migracións e exilios mediante, crearon unha identidade entre a perda e o presente na que acompasar tamén os seguintes golpes que a vida lles deparaba. O acerto da peza de Ernesto Is é igual de rotundo agora que na súa primeira edición. A súa protagonista non é máis que levemente a María Casares biografada, e si esa imaxe espectral que nos queda dela e na que percibimos tamén todo o que falta na súa historia. É por iso que en Despois das ondas conviven unha serie de estampas secuenciais que seguen o percurso vital da protagonista cun tratamento que atinxe ao simbólico e que non evita certos toques oníricos. A peza constrúe o que conservamos, pero tamén aquilo que non podemos tocar: a lembranza, a saudade, a transcendencia ignorada de certas vivencias, e o eco da mesma voz da actriz en documentos e entrevistas. O dramaturgo constrúe así unha historia que nos leva polo camiño da evocación poética e, por tanto, capaz de resistir a todas as súas actualizacións concretas. No nacemento de María Casares
PRAZA_20465
O Tribunal de Cuentas denega a súa opinión sobre a entidade, creada en 2008 e a cuxa fronte estivo ata 2012 Liñares, imputado pola Pokemon, porque non elaborou un inventario ata 2016
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) foi creada en 2008 como unha escisión da antiga confederación do Norte. Desde aquela e ata 2016 foi incapaz de completar un inventario dos seus bens e dereitos, o que dificultou durante todo ese tempo a súa fiscalización por parte tanto da Intervención do Estado como do Tribunal de Cuentas. No último informe ao respecto que acaba de emitir o Tribunal, este denega a súa opinión sobre as contas da confederación "principalmente" pola "ausencia de un inventario completo que permita emitir un xuízo sobre as rúbricas de inmobilizado e de existencias". Porén, nese mesmo informe a confederación, nas súas alegacións, sinala que, tras varios anos de demoras, "na actualidade completouse a elaboración do inventario do organismo, e o mesmo foi reflectido na presentación da conta do ano 2016" para a súa fiscalización. O Tribunal de Cuentas denega a súa opinión sobre a entidade, creada en 2008 e a cuxa fronte estivo Liñares, imputado pola Pokemon, porque non elaborou un inventario ata 2016 A Confederación Miño-Sil creouse en 2008 e comezou a funcionar de xeito efectivo ao ano seguinte, con sede en Ourense e presidida polo ata daquela concelleiro socialista en Lugo Francisco Fernández Liñares. Este deixou o cargo a principios de 2012, cando o PP substituíu o PSOE no Goberno central, e en setembro dese ano foi detido e imputado na Operación Pokemon, na que confesou o cobro de subornos. O seu sucesor ata hoxe foi Francisco Marín, anteriormente xefe de servizo na Consellería de Medio Rural. A elaboración do inventario da confederación foi contratada en 2009, pero sufriu diversas demoras, admitidas polo propio Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, do que depende ese organismo estatal. Esa ausencia de inventario xa provocou que Intervención do Estado rexeitase emitir un ditame sobre as súas contas porque "non foi posible comprobar a existencia, composición e correcta valoración da totalidade de ditos bens". Pola súa banda, o Tribunal de Cuentas vén explicitando durante os últimos anos diversas críticas sobre as contas do organismo, que nos últimos anos analizou en maior ou menor medida pero sen poder facelo nunca de xeito completo. O Tribunal de Cuentas censura tamén a falta de información "para comprobar a correcta determinación do canon" dos encoros, polos que a Confederación ingresou 121 millóns No seu informe ao respecto sobre 2015, o último que elaborou dentro da súa Declaración sobre a Conta Xeral do Estado, e que vén de facer público agora, o ente fiscalizador estatal "denega a opinión" sobre as contas da confederación. Di que esa decisión se fundamenta, "principalmente en limitacións ao alcance por ausencia dun inventario completo que permita emitir un xuízo sobre as rúbricas de inmobilizado e de existencias", unha eiva que presentan tamén outras confederacións hidrográficas. No caso do Miño-Sil, o Tribunal basea a súa denegación ademais "na ausencia de información suficiente e adecuada para comprobar a correcta determinación do canon, autoliquidado polos concesionarios, por utilización das augas continentais para a produción de enerxía eléctrica". Segundo o Tribunal de Cuentas, "o importe total da recadación polo canon ingresado ascendeu a 121,9 millóns, correspondendo un 2% á Confederación, como recurso propio, e ingresándose o 98% restante no Tesouro". É nas alegacións deste último informe no que a confederación informa ao Tribunal de Cuentas que "na actualidade se completou a elaboración do inventario do organismo, e que o mesmo foi reflectido na presentación da conta do ano 2016. Declaración do Tribunal de Cuentas sobre a Conta Xeral do Estado 2015
NOS_32798
O BNG convoca esta segunda concentracións nas sete principais cidades galegas "contra o espolio do aforro galego e a venda/liquidación" de Novagalicia Banco
O BNG convoca esta segunda concentracións nas sete principais cidades galegas "contra o espolio do aforro galego e a venda/liquidación" de Novagalicia Banco. Unha mobilización que se realiza no día en que desde Bruxelas se abre a billa para axudas ás entidades financeiras nacionalizadas en troques dunhas duras imposicións que levarían, en cinco anos, a NGB a vender ou proceder a unha liquidación ordenada. Para a fronte nacinalista, as medidas anunciadas desde a UE para NGB son "un desastre porque supón milleiros de empregos que se van perder, o roubo de parte importante dos cartos estafados polas preferentes, a expatriación do aforro galego". "Estamos perante a crónica do asasinato anunciado do sistema financeiro galego que ten como actores a Unión Europea, Rajoy e Feijóo", opinou o voceiro nacionalista Guillerme Vázquez hai uns días, e criticou que o estado utilice "como sempre un doble raseiro que fai que a Bankia lle permitan seguir e NovaCaixaGalicia vaia ser vendida".
NOS_55563
Máis de 4.000 escolares iniciaron o presente curso na rede de centros 'Diwan'. A este alumnado hai que engadir os máis de 16.300 que estudan en centros públicos e privados bilingües (bretón 50% das materias).
O curso 2015-16 comezou en Bretaña cun aumento nos alumnos que cursan bretón, un 3,2 por cento máis que no curso anterior. O principal incremento porcentual (un 6%) produciuse na rede de escolas 'Diwan', onde o modelo que se segue é o da inmersión lingüística en bretón. Mais tamén houbo un alza na escola pública bilingüe -onde bretón e francés se imparten ao 50%- e na escola privada católica bilingüe (tamén ao 50%). Así, este curso arrancou con máis de 4.000 estudantes na rede 'Diwan', máis de 7.100 na rede pública (un 3% máis que no anterior) e 5.150 na privada (un aumento do 0,6 por cento). Son un total de 16.345 alumnos a cursar en 2015-16 como mínimo a metade das asignaturas en bretón. Son catro novas liñas de bretón abertas para este curso: Diwan abriu en Pont-Croix e o ensino público en Brest (o seu terceiro centro en bretón), en Quimperlé e en Liffré. O bretón é unha lingua indo-europea que se fala desde hai máis de 1.500 anos. Por volta de 200.000 bretóns saben falar o seu idioma propio. Porén, e como lembra a Oficina Pública de Lingua Bretoa, A falta de personalidade xurídica e da exclusión case total vida pública e, ata hai pouco, do ensino fai que Unesco clasifique bretoncomo lingua en grave perigo de extinción.
NOS_55637
9 autonomías rexeitaron a anterior proposta do Executivo estatal.
O Ministerio de Dereitos Sociais e para a Axenda 2030 sentarase esta terza feira coas autonomías na reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais para tentar acordar un novo modelo de residencias, despois de que a súa primeira proposta fose rexeitada por varias destas autonomías. O Goberno español e as autonomías pospoñen o acordo do novo modelo de residencias O secretario de Estado de Dereitos Sociais, Nacho Álvarez, afirmou que as comunidades autónomas "van estar á altura" e votarán a favor do novo documento. O ministerio levou o pasado 25 de maio o documento de proposta ao Consello Territorial, mais non conseguiu pechar un acordo para a súa aprobación. O BNG considera "fracasado" o actual modelo de residencias e pide á Xunta a "xestión directa" dos centros públicos Entre as autonomías que mostraron o seu rexeitamento atopábanse Madrid, a Galiza, Andalucía, Murcia, Ceuta (presididas polo PP), Castela A Mancha, Estremadura (presididas polo PSOE), Euskadi e Catalunya. Pola súa parte, Castela e León e Asturias mostraron a súa intención de absterse; e Navarra, Baleares, Aragón, Païs Valencià, Canarias, A Rioxa, Cantabria e Melilla mostráronse a favor. Proposta "modificada" e negociada Segundo explicou Álvarez o pasado 23 de xuño, o texto que se votará esta semana está "en boa medida modificado" tras meses de negociación con autonomías, expertos, usuarios e familias, así como sindicatos, servizos sociais e organizacións empresariais. Ademais, respondeu a quen asegura que o financiamento do Estado español non é suficiente para pór en marcha o novo modelo de residencias de maiores, que "non é escusa" porque "hai diñeiro" suficiente. Tenso debate no Parlamento polo futuro modelo de residencias de maiores Así, lembrou que o Goberno español, nos dous últimos anos, duplicou a contía para o sistema de dependencia e engadiu 5.000 millóns de euros adicionais nesta materia para o final desta lexislatura. Así mesmo, apuntou que o Executivo estatal "conta coa suficiente evidencia empírica dos expertos" sobre o novo modelo de residencias que busca pór en marcha. Necesidade dun tratamento especializado O presidente da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía, José Augusto García, explicou que as experiencias analizadas noutros países determinan que hai maiores efectos secundarios para os usuarios e usuarias cando hai un menor tratamento especializado e sen unidades de convivencia pequenas. A Galiza, á cola do Estado en prazas residenciais "Creo que a evidencia é clara e existe desde hai décadas, non nos estamos inventando nada", advertiu a experta en atención a persoas maiores Mayte Sancho.
PRAZA_10753
A pregunta consecuente sería como deseñar un Estado máis inclusivo, en lugar de insistir nunha unidade simbólica que arrastra os vestixios do franquismo e que non termina de permear nas identidades dunha gran maioría social.
Máis de 500 mortos no Mediterráneo, que teñamos constancia, no que vai de ano. Así informaban esta semana os xornais internacionais, sumándose ás novas relativas ao quecemento global e as sucesivas traxedias que este vén carrexando. Ambas circunstancias gozan de bastante recorrencia nos medios, mais non chegan máis alá dun planteamento superfluo. Trátase, por suposto, dun debate nada trasversalizado, por inquietar só a unha parte acomodada da poboación. É lóxico pensar que calquera das 3 millóns de persoas nacionalizadas en España que viven en pobreza severa, con menos de 350 euros mensuais, teña un acceso moi limitado a ditas informacións. Esta taxa, que só está por debaixo da de Rumanía en toda a Unión Europea, semella causar incluso menos dor de cabeza aos políticos e políticas que os problemas citados anteriormente. Quizais é que a abstracción dos números baleira, unha vez máis, de significado ás demandas sociais. Sexa como for, os e as pobres, durante a historia recente da Humanidade, habitan as periferias sociais do capitalismo, xunto con tantos outros conflitos ignorados e excluídos dos debates por constituíren unha ameza á fráxil base do sistema. Non restarei importancia á identidade e autodeterminación propias, pero moito menos ao acaparamento mediático totalmente desproporcionado á importancia obxectiva das "bandeiras" na rutina de moitos españois e españolasEnchemos os telexornais cos temas de sempre, a emigración ou a cuestión climática, e precisamente esta redundancia é a responsable de banalizar a gravidade dos problemas ata o punto de fabricar unha perorata absurda. O resultado: un par de novas repetidas e estáticas na súa problemática, e un silencio cortante cara a miseria interna do capitalismo. Este podería ser, xunto cos paliativos mediáticos, o instrumento estrela para acadar a despolitización, a degradación da análise crítica ou a ausencia dunha conciencia de clase. É doado supoñer quen sae beneficiado disto. A maioría social, mergullada no establecido individualismo e demasiado preocupada xa por lidar co estrés cotián, perde conciencia política por mor das decepcións ininterrompidas e do bucle informativo que esquiva solucións reais. Cos cartos xustos para alcanzar a meta millenial do fin de mes, centrada na familia e na educación dos seus fillos, o que precisa é unha política próxima que lle ofreza saídas palpables. Pero do que quero falar aquí é xustamente dun deses moitos paliativos mediáticos que non perden actualidade, é que cumpre á perfección as súas dúas funcións encomendadas: cansar e polemizar, polemizar e cansar. Refírome, como non, ao bandeirismo político. Non restarei importancia á identidade e autodeterminación propias, pero moito menos ao acaparamento mediático totalmente desproporcionado á importancia obxectiva das "bandeiras" na rutina de moitos españois e españolas. Non oculto, pois, a miña escasa simpatía polo simbolismo sobrevalorado. E é que, ao meu parecer, o erro recae na aparente necesidade de calmar a debilidade das masas a través de métodos de unificación representativa. Escoitamos como argumento manido das esquerdas: "España é un estado de nacións". É certo, e cómpre que a dereita supere este punto para afrontar os retos primordiais do Estado. A simboloxía que pretende impoñer non identifica a gran parte da poboación, e atopará de fronte a resistencia nacionalista, defendendo a súa cultura única e milenaria. Aceptemos un estado diverso, de nacións que se complementan, e pasemos a negociacións de verdade urxentes. Non queda outro remedio que asumir que a doutrina de unificación levará inmediatamente á división. En pleno século XXI, resulta ridiculamente arcaico que sigan a persuadirnos de que o feito de termos bandeiras diferentes, intereses distintos e identidades diversas é negativo. Non se trata de compararnos con outros países, senón de dirixirse á cidadanía española e preguntarlle se se sinte cómoda e identificadaEn todo caso, mantendo un segundo plano dentro dos programas electorais, eu barallaría a posibilidade dun cambio de bandeira. Este requisito da transformación cara un nacionalismo san, aberto a negociar e consciente da imposibilidade dun auto-sostemento enteiramente independente, derívase da cuestionable decisión tomada durante a Transición. O que está claro é que, hoxe en día, pretender que un amaño de PhotoShop borre á vez a aguia franquista e aos cadáveres das cunetas volveuse, cando menos, inxenuo. Como o é igualmente quen se sorprende de que a bandeira de España se empregue para cubrir pintadas feministas e contra as violacións, ou ben para tapar pasos de cebra conmemorando o Orgullo LGBT+. En definitiva, se a simboloxía estatal representa ao contrario da liberdade, igualdade e xustiza, a súa existencia debería debaterse seriamente. Non se trata de compararnos con outros países, senón de dirixirse á cidadanía española e preguntarlle se se sinte cómoda e identificada. Aínda que a ideoloxía concreta que transporta a bandeira, que exclúe a moitas das familias españolas que non esquecen as torturas sufridas polos seus parentes nos campos de concentración, é a mesma que no seu nacemento; cada vez precisa de menos PhotoShop. Agora nen sequera se agocha no Congreso, o cal pon en dúbida que unha actuación en contra do emblema non acadase o efecto inverso ao eticamente desexable. A pregunta consecuente sería como deseñar un Estado máis inclusivo, en lugar de insistir nunha unidade simbólica que arrastra os vestixios do franquismo e que non termina de permear nas identidades dunha gran maioría socialA exhibición do fascismo non trouxo consigo, en cambio, unha maior concienciación histórica. Gustaríame saber cantos de vós coñeciades o dato da existencia de 296 centros de concentración, que revelou a investigación de Carlos Hernández, documentando o encarceramento dun millón de persoas. Por suposto, non é algo do que se fale nas escolas. Lía fai pouco nun tweet: "Cando se fala de Franco, din que non hai que andar removendo o pasado, pero con ETA... Que non pase un día sen avivala!". ETA é outro exemplo de paliativo mediático que os grandes poderes manexan ao seu antollo, e non perden ocasión de engadir o substantivo "batasuno" ao seu discurso político baseado na confrontación perpetua. En conclusión, a verdadeira historia da bicolor, que se remonta a 1785, e que pasa tamén pola Primeira República nas mesmas cores, parece quedar irremediablemente manchada ao ser o símbolo dun dos bandos da Guerra Civil. Tanto no 1936, empregando unicamente as cores, como de setembro do 1936 a febreiro do 1938, utilizando practicamente a mesma bandeira que a actualmente vixente (difiren un par de detalles no escudo) esta representou exclusivamente a unha das dúas Españas. Esas mesmas cores foron ás alzadas na represión e censura ditatoriais, ondeando en fronte dos pelotóns de fusilamento. Pola mesma razón de división ideolóxica, o uso da tricolor como substituta non é tampouco o acordo máis democrático. Pola mesma razón de división ideolóxica, o uso da tricolor como substituta non é tampouco o acordo máis democráticoDe modo que, foi posible esquecer e mirar de maneira renovada á bandeira española? A resposta, que xace nas manifestacións anti-progresistas, "no patriotismo de pulserita de quen paga os impostos en Suíza" ou nos logotipos da ultradereita, apunta ao non. A pregunta consecuente sería como deseñar un Estado máis inclusivo, en lugar de insistir nunha unidade simbólica que arrastra os vestixios do franquismo e que non termina de permear nas identidades dunha gran maioría social.
PRAZA_8590
Uns 2.000 traballadores saen á rúa e cortan o tráfico en Ferrol denunciando a tráxica situación dos estaleiros e acusan a FEijóo de "xogar coas familias e co futuro da xente" tras volver de México sen compromiso ningún para o seu sector.
O naval perdeu a paciencia hai tempo. E outra vez, este venres, 2.000 traballadores de Navantia e de empresas auxiliares saíron á rúa e cortaron o tráfico con barricadas nunha protesta na que volveron reclamar carga de traballo para un sector que esmorece. Máis de dous milleiros de empregos destruídos nos últimos 18 meses e unha morea de promesas incumpridas fixeron que os operarios se unisen ás manifestacións que se desenvolveron no resto de centros de traballo da empresa estatal. Uns 2.000 traballadores saíron á rúa para denunciar a falta de traballo e a situación na que queda a comarca pola crise do naval O trafico chegou a estar cortado sobre unha hora na avenida de Esteiro. "Non hai máis que dar unha volta polos polígonos para ver que se están a converter en desertos", destacou Ignacio Naveiras, voceiro do comité de Navantia Ferrol, que lembrou que estas áreas viven "nun 80% do naval" e que "xente de restaurantes ou gasolineiras" é a que mellor pode reflectir "o efecto" que provoca na comarca a situación dos estaleiros. Ademais, os traballadores volveron censurar a falta de avances nos trámites para a construción do dique flotante, así como nos prometidos floteis cos que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encheu de promesas a campaña das últimas eleccións autonómicas. "A Xunta e Feijóo volveron de México co rabo entre as pernas", denuncia Naveiras. "Dos floteis, ao regreso non falaron, sinal de que o tema non debía ir ben", engadiu, tras acusar "de mentir" ao Goberno galego. "A Xunta e Feijóo volveron de México co rabo entre as pernas", critica o comité de Navantia "Antes de saír dicían que ían referendar uns acordos xa feitos, hai 11 meses deron isto por feito, Cristóbal Montoro dixo que en marzo se cortaría chapa e a día de hoxe, non é que non se poida cortar, é que non está pedida nin está dentro da factoría, co cal temos que volver dicir que son uns mentireiros e que están a xogar coas familias e o futuro da xente", reprochou. O comité de empresa volveu lembrar tamén que a finais deste ano entregarase o único buque que queda en construción en Navantia, o LHD encargado por Australia, pero que os traballos xa se finalizarán meses antes. A falta de ocupación xa provocou a perda de "2.200 empregos", segundo di, de empresas auxiliares na comarca de Ferrolterra, e moitos dos 1.900 postos de traballo que quedan están inmersos en ERE. A subocupación tamén empeza a afectar aos 2.300 operarios de Navantia Fene-Ferrol. Os traballadores advirten de que as críticas do Goberno a Venezuela poñen en risco os contratos de Navantia co país suramericano Tampouco dubidaron os representantes dos traballadores en denunciar a postura política do Executivo con Venezuela, o que podería impedir que se ampliase o contrato co país suramericano para a construción militar. Os estaleiros de Navantia asinaron en 2005 un acordo coa república bolivariana para a construción de oito buques, que se realizaron no estaleiro de Cádiz. "A postura do Goberno entrando na casa dos demais discutindo se é lexítimo un proceso interno é unha irresponsabilidade, e pode ser unha desgraza que ese contrato non veña para Navantia", concluíu.
PRAZA_9663
A prestación dos servizos básicos é máis cara en Galicia porque factores como o asentamento da xente no territorio incrementan substancialmente a factura da auga, do lixo, do mantemento das vías públicas, etc.
"Por enriba de tódalas fronteiras, / por enriba de muros e valados, / se os nosos soños son igoais, / coma un irmau che falo" (Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro).O dicionario da Real Academia Galega chámalle magma, en sentido figurado, a «un conxunto de cousas que se presentan confusas e en gran número». Hai un magma de cousas, que acreditan a insolidariedade crónica do Estado cos concellos galegos, verbi gratia, a distribución dos fondos destinados a cofinanciar o custo dos servizos básicos que lle corresponden á veciñanza. E, sempre houbo un magma de confusión controlada dos alcaldes galegos diante desa actitude discriminatoria.A frouxidade dos edís galegos, á hora de unir forzas na defensa daquilo que os seus concellos merecen, mercé ás diferenzas obxectivas cós do resto do Estado, é realmente preocupante. A prestación dos servizos básicos é máis cara en Galicia, non porque os nosos alcaldes e as nosas alcaldesas xestionen peor, senón porque, factores como o asentamento da xente no territorio (Galicia ten tantas entidades de poboación como o resto de Estaña) incrementan substancialmente a factura da auga, do lixo, do mantemento das vías públicas, etc. E, se os custos son maiores, as achegas do Estado tamén deberían ser maiores. Mais, se é preocupante que os representantes galegos nas Cortes do Estado non se molesten en reivindicar, coa énfase necesaria, unha discriminación positiva no reparto dos fondos que o Estado destina aos seus concellos, para facer máis levadeiro o gasto da prestación de servizos –e para inxectarlle calidade– é obvio que aos alcaldes e alcaldesas desta esquina do mapa debería doerlle a cabeza, ao constatar como a mal chamada Federación Galega de Municipios e Provincias segue sen adoitar unha actitude literalmente impertinente diante dos gobernos do Estado, sempre prestos a levar os cartos de todos cara aqueles territorios nos que poden pescar máis votos, antes ca aplicar unha cativa dose de solidariedade coa cidadanía galega.Ah! O meu tío Lisardo pensa que iso tamén acontece polo desleixo dos políticos galegos diante das decisións do Estado que lle afectan ao seu País; e mercé á servidume incondicional dos alcaldes e concelleiros, sempre dispostos a recadarlle os votos, para polos onde están, sen pedirlle nunca nada a cambio. Vaque si?
NOS_4759
O presidente español comparece para cualificar como liña de crédito un rescate e afirmar que de non ser polas medidas adoptadas polo seu goberno nestes cinco meses España tería sido intervida
O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, compareceu finalmente para falar do rescate. E fíxoo 16 horas despois da reunión da Zona Euro onde se tomou esa medida e tres horas antes de tomar un avión para Polonia para ver o partido da selección española. Rajoy, que en todo momento evitou pronunciar a palabra rescate, defineu o acontecido como "unha apertura de liña de crédito europea para o nosos sistema financeiro" e asegurou que con esta decisión, "Europa estivo á altura das circunstancias". O presidente mesmo chegou a sinalar que "se nestes cinco meses non chegamos a facer o que fixemos, a facer os deberes, o que se decidiría o sábado (na xuntanza do Eurogrupo) sería a intervención de España". Nesta liña, incidiu que as medidas adoptadas polo executivo español evitaron a intervención e lograron o que califou en todo momento na súa intervención como "liña de crédito". "Isto tería que terse feito hai tres anos" Rajoy mesmo asegurou que "isto tería que terse feito hai tres anos", lamentando que daquela non se adoptase esta medida (o goberno español estaba en mans dos socialistas) e negou calquera tipo de presión sobre España nestas semanas para pedir o rescate. É máis, afirmou que "o que presionou fun eu, que quería unha liña de crédito". "Ninguén me presionou. O que presionei fun eu, que quería esta liña de crédito" Na estratexia de defender unha inxección de cartos europeos para España que non vai ter consecuencias aos cidadáns, Mariano Rajoy dixo con rotundidade que "todo isto non vai afectar ao déficit público" e avogou por agardar aos resultados das auditorías que dúas empresas independentes están a facer do sistema bancario español para coñecer a cifra que precisaría este para se sanear. Todo previsto O presidente español enmarcou o rescate (para el, liña de crédito) case como un paso previsto e normal no proceso de reestruturación do sistema financeiro español (que xunto coas "reformas estruturais" e o "equilibrio orzamentario") conforman as tres patas, dixo Rajoy, sobre as que o executivo vai, nesta lexislatura, cumprir os compromisos de "crear emprego e facer medrar a economía". Insistindo en que a liña de crédito ata 100.000 millóns de euros era unha boa nova, Rajoy deu a quenda de preguntas aos xornalistas e aí o presidente pasou a xogar ao despexe, tirando balóns fóra. Non concretou nin a cantidade que se precisaría para sanear a banca nin por qué ata o de agora desde o seu goberno se rexeitaba aceptar esa "liña de crédito" se tan beneficiosa ía ser para España. Limitouse a respostar con evasivas e a lamentarque o critiquen por ir ver xogar a selección española: "Se vou, porque vou. E se non vou, porque non vou" Compostela. 12.35 horas Rúa do Preguntoiro. Compostela, Minutos escasos da fin da comparecencia de Rajoy. Un vello pregunta cun sorriso a outro, paraugas en man ambos e andar a modiño: "Pero a ver, rescatáronnos ou tocounos a lotaría?". @guillermegz: "Un presidente que arruina o pobo ten que irse e xa" O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, empregou a súa conta en Twitter -@guillermegz- para comentar ao vivo a conferencia de imprensa en que Rajoy se referiu permanentemente ao rescate de España como «lo ocurrido ayer«. Esperpéntica porque Rajoy se esforzou en presentar o rescate como un logro. "Un Presidente, que falta á palabra, mente, arruína o pobo, e no canto de dar a cara, marcha ver un partido de fútbol, ten que irse e xa", afirma Guillerme en Twitter. Engade que "pois nada, non ten remedio. Rajoy comparecendo, e contentisimo co rescate.Un éxito di. O dito". Para concluír, o portavoz nacional refréscanos a memoria: «O anterior rescate, que comandou Rajoy, foi o do Prestige».
NOS_27851
Permach participa este sábado na Coruña nunhas xornadas de debate sobre o TTIP e as alternativas posíbeis fronte á un tratado ''que é un salto cualitativo''. Falamos con el do tratado de libre comercio, de Euskal Herria, de eleccións e proceso de paz, entre outras moitas cousas.
Joseba Permach (Donostia, 1969) é un dos rostros máis coñecidos da esquerda abertzale, coa que leva comprometido desde novo. Actualmente é o responsábel da Área socio-económica de Sortu e un dos dirixentes de EH Bildu. Este sábado estará na Coruña (18:30 horas, sala de actos CUR, antiga Empresariais) para tomar parte na xornada 'Soberanía e dereito a decidir. A alternativa dos pobos ao TTIP', unha cita organizada polo BNG e na que intervirá o seu portavoz nacional, Xavier Vence. - Que análise se fai na esquerda abertzale do que é o TTIP e o que vai supoñer? - A análise da esquerda abertzale (EA) é a análise que se fai no resto da esquerda europea, somos conscientes de que este tratado non é un tratado máis senón un salto cualitativo que vai crear un mercado único entre Europa e Estados Unidos. Isto vai supoñer que todos aqueles dereitos sociais, laborais, ambientais... que tanto custou conquistar á clase traballadora e ás maiorías poden acabar dun día para outro. As negociacións están a decorrer con absoluto escurantismo e os estados están a se comportar como meros colaboradores de intereses de grandes multinacionais. - En base ao que se di no título das xornadas, é a soberanía a alternativa que pode facer fronte ao TTIP.. - Nestes anos se algo ficou claro e ben patente, polo menos no Estado español, é que a crise serviu como escusa para perpetrar un transvase de rendas do traballo cara ao capital, todo iso no marco dun proceso de 'oligarquización' económica e de centralización política. Medidas e decisións que se adoptan e se impoñen contra a vontade dos pobos e das persoas. A única ferramenta que temos para recuperarmos o control sobre a economía é a soberanía, reivindicamos a soberanía non como algo simplemente identitario, senón como unha necesidade urxente dos pobos para poder ser donos do seu futuro, para se libertar da situación actual onde a democracia é inexistente. - Nesa aposta na soberanía EH Bildu vén de presentar co novo ano a iniciativa 'Bidea Badago', cualificándoa como a 'vía vasca 'cara á independencia. Que novidades presenta a respecto doutras iniciativas anteriores da esquerda abertzale tamén centradas na independencia? - O 7 de marzo teremos un acto público multitudinario onde debullaremos máis polo miúdo en que consiste a iniciativa. Entendemos que nestes momentos hai un proceso de cambio en marcha, un proceso no que consideramos que os pobos son centrais no decorrer dese cambio. Con 'Bidea Badago' reivindicamos que Euskal Herria vai impulsar o seu propio proceso constituínte, sen agardar polo que teña que dicir o Estado español ao respecto. Esa é, entendo, a idea novidosa desta aposta, a de unilateralidade, a de que EH vaia tomando as súas decisións. "Reivindicamos a soberanía non como algo simplemente identitario, senón como unha necesidade urxente dos pobos para poder ser donos do seu futuro" - O propio Hasier Arraiz (Sortu) dixo na presentación desta iniciativa que esta ía basearse en dous alicerces: unilateralidade e desobediencia - Basearase. Durante anos, desde a esquerda abertzale falábase de procesos co Estado onde este recoñecese o dereito á auto-determinación do pobo vasco. Mais xa vimos cal é a actitude do Estado español, e vémola de novo a respecto do proceso catalán. Aquí non é posíbel un proceso como o de Escocia. Así que debemos movernos, xa non é só reivindicar a soberanía, é dar os pasos necesarios para conquistala e sen agardar por permisos de ninguén. - Catro anos do alto o fogo de ETA. Desde entón, seguiron detencións, houbo varios macro-procesos (sumario das Herrikos, o realizado contra 40 mozos independentistas,...), a política penitenciaria ou non se moveu ou recuou...Como valora ese escenario a esquerda abertzale? - Facemos unha dupla valoración. Por un lado vemos como nestes catro anos en Euskal Herria asentouse unha maioría social, política, sindical... que está determinada a dar pasos para superar o conflito e para conquistar os dereitos que como pobo entendemos que temos. Mais paralelamente aí están os 500 presos vascos, o inmobilismo do Estado, a súa negativa á desmilitarización, a súa cambadela a calquera tentativa dos vascos e vascas por construírmonos o nosos propio futuro... Atopamos a cerrazón cando non xa a involución, e aí temos como exemplo a petición esta semana do Fiscal de 6 anos de prisión para Arraíz (presidente de Sortu). "Dun día para outro pasamos a gobernar nunha Xunta Xeral (a de Gipuzkoa) e en máis de 100 concellos. Nunca cedemos ante o 'stablishment' político e económico e por iso sofremos ataques moi, moi duros dos medios de comunicación e do resto das forzas" - E esa 'cerrazón' e 'inmobilismo' non mingua a vontade e ánimo da esquerda abertzale?, non pasa factura (descontento, frustración...) nas bases ese inmobilismo do Estado? - A valoración que facemos é que o Estado nun primeiro momento apostou na 'cerrazón' porque pensaba que así ía rebentar o novo escenario aberto. Mais agora o Estado español é consciente de que a situación non ten volta atrás e xoga con dúas cartas: unha, a vinganza, e aí onde se sitúa a súa política penitenciaria. E outra, que procura cercenar e condicionar o proceso soberanista vasco. Mais cada vez somos máis as persoas que cremos que ese proceso soberanista propio está en marcha, e iso xera expectativas e vontades, porque é parte do vento de cambio que hai en toda Europa. - Fala de 'vento de cambio'... Podemos é unha formación que -segundo enquisas e sondaxes- tamén parece chamada a xogar un papel, e non menor, na política vasca, non só na española. Como ve a esquerda abertzale a irrupción deste novo actor político? - Temos unha actitude expectante. É unha formación política nova que se está auto-construíndo, por dicilo así, e é cedo para saber cal vai ser o seu posicionamento político se ben xoga cunha certa ambigüidade tras a que se poden agachar actitudes que non partillamos. Dicía antes que vivimos tempos de cambio, e Euskal Herria, Catalunya e Galiza deben de poder decidir ao seu propio ritmo os seus propios procesos. Iso é o que nos debe importar, que unha organización que se di democrática ten que respectar eses procesos e dar a palabra a eses pobos para decidir. Xa veremos que fai. Polo momento, actitude expectante. "O Estado mantén a aposta na cerrazón e mesmo involución na política penitenciaria e non só nela" - En breve, cita coas municipais e xuntas xerais, nun mapa político cambiante e con novidades... - Bildu irrompeu con forza hai catro anos. Dun día para outro pasamos a gobernar nunha Xunta Xeral (a de Gipuzkoa) e en máis de 100 concellos. Nunca cedemos ante o 'stablishment' político e económico que hai en Euskal Herria e por iso, por exemplo, sofremos ataques moi, moi duros dos medios de comunicación e do resto das forzas. Un exemplo foi a reforma fiscal na que apostou Bildu en Gipuzkoa, que pagasen máis os que máis tiñan, e que implicou unha verdadeira ofensiva unitaria de todas as outras forzas. Foi unha lexislatura de confrontación, mais estamos orgullosos, con todos os erros que puidésemos ter, que os tivemos, porque amosamos que se podía facer doutra forma. Agora serán as persoas quen decidan nas eleccións. - Na política 'española' hai un chamado constante nestes meses desde diferentes actores políticos a facer candidaturas de 'unidade popular' (en euskera dise herri batasuna). Entende que EH Bildu xa supón de certo xeito en Euskal Herria esa 'unidade popular'? - Coas catro forzas que integramos EH Bildu fixemos unha reflexión durante todo este tempo e pensamos que é tempo dun chimpo alén dunha coligazón electoral. Necesitamos artellar mecanismos de participación e de decisión máis amplos para a xente. E si, neste sentido, seguimos a reflexionar para ter un proxecto que aglutine e inclúa a máis xente. "Non é certo que deixásemos de lado a rúa ou o compromiso social, para nada. Somos a esquerda abertzale, nós vimos da rúa e estamos na rúa" - Algunhas voces afirman que nesta nova etapa da esquerda abertzale houbo un centrarse de máis no traballo institucional e que se abandonou ou deixou un pouco o que é a rúa, a tarefa social... Durante 10 anos a esquerda abertzale estivo ilegalizada, expulsada ou impedida de estar nas institucións para as que fora elixida pola xente. E un día puidemos volver a elas. E iso que significa? Se de verdade queres facer por cambiar as cousas, iso significa traballo e compromiso. E é unha adicación que se está a facer na boa dirección, pois vai polo nese camiño polo cambio e a transformación social. Mais, en todo caso, non é certo que deixásemos de lado a rúa ou o compromiso social, para nada. Somos a esquerda abertzale, nós vimos da rúa e estamos na rúa. Non hai abandonos de tarefas nin procesos de desmobilización... Nestas semanas están a decorrer un bo feixe de mobilizacións, e a esquerda abertzale está nelas, non podía ser doutro xeito.
NOS_52455
O portavoz nacional do BNG reuniuse co comité de empresa do Novagalicia Banco, que en breve será subastada. Xavier Vence afirmou que "Feijóo ponse a favor do proceso e iso é unha traizón aos intereses do país, cando debería estar liderando unha fronte en contra do espolio do aforro galego".
O proceso de venda de NGB supón "perder a ferramenta que hoxe xestiona o 40% do aforro galego. A creación de empresas e a creación de emprego no futuro verase resentida nesa mesma proporción, nun momento en que Galiza precisa unha entidade comprometida coa economía produtiva". O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, mostrouse rotundo sobre as nefastas consecuencias para o país de perder esta ferramenta financeira, e así llas expuxo ao comité de empresa de Novagalicia Banco, co que se reuniu en Compostela. "É unha venda con noturnidade e aleivosía" que vai supor "perder a ferramenta que hoxe xestiona o 40% do aforro galego" Para Vence, "a mellor opción é transformar NGB en banca pública galega", e non proceder a unha venda "con nocturnidade e aleivosía". Neste senso, o portavoz nacionalista amosouse "estupefacto" polo papel que está a xogar o presidente da Xunta. "O señor Feijóo en lugar de entrevistarse cos vendedores, é dicir, co ministro Luis de Guindos, co responsable do FROB ou con Mariano Rajoy, para pedirlles que freen o espolio de NGB, reúnese cos compradores interesados en quedarse co botín". Unha actitude que evidencia para Xavier Vence que "Feijóo ponse a favor do proceso e iso é unha traizón aos intereses do país, cando debería estar liderando unha fronte en contra do espolio do aforro galego", argumentou. Dirección A reunión co comité de empresa vén precedida dun encontro con José María Castellano, actual presidente executivo da entidade galega. "A propia dirección da entidade, e quero salientar este dato, trasladounos o seu desacordo con esta anticipación do proceso de venda, e confesou que non foi consultada e que, cando menos, debería esgotarse o prazo concedido até 2017 pola Comisión Europea para completar o proceso", indicou o portavoz nacional do BNG, quen instou a Castellano "a expresar en público o que explica en privado, porque non só o portavoz nacional do Bloque, senón o conxunto da cidadanía galega ten dereito a saber a opinión da propia dirección de NGB". "Sexa cal sexa o escenario final, non podemos permitir a perda de emprego" "En calquera caso, sexa cal sexa o escenario final, non podemos aceptar que conleve a destrución masiva de emprego, -1.500 postos directos segundo as estimacións do comité de empresa-. É responsabilidade da Xunta e do Goberno central preservar o emprego a obra social, os centros de FP, os centros de maiores, as escolas infantís e os centros culturais que hoxe dependen da obra social", salientou. Na reunión estiveron presentes o portavoz nacional do BNG, o secretario de organización, Bieito Lobeira, e os responsábeis sindicais da CIG, Clodomiro Montero; de UGT, José Ramón de Pliego-Valdés; Miguel Anxo Rouco, de CCOO, José Luís Regueiro, de ASCA, Isabel Gayoso e Xosé Luís Liñares, de CSICA, Carlos Peso e Xesús Díaz, e de CGT, Javier Mera.
NOS_27345
O BNG fala dun "155" ao dereito civil galego.
O Tribunal Constitucional tombou todos os artigos relativos a adopción e autotutela da Lei galega de Dereito Civil de Galiza, aprobada en 2006, após un recurso de inconstitucionalidade promovido polo Goberno central. Fican anulados os artigos desde o 27 até o 45, o que deixa no ar os procesos en curso. A sentenza, recollida por Europa Press, especifica que a declaración de inconstitucionalidade "non afectará as adopcións que sexan firmes". Mais si fican afectadas as que se atopan abertas e aínda non son firmes.. O TC tomba o título segundo da lei, sobre adopcións, e o título terceiro, sobre autotutela. Un total de 18 artigos dos 308 que recolle a normativa de dereito civil galego. A sentenza, da que foi relatora Alfredo Montoya Melgar, conta con dous votos particulares, un deles do maxistrado galego Cándido-Pumpido, que "pode xerar a impresión de que este tribunal (TC) aplica distintas varas de medir cando examina as conexións das lexislacións autonómicas en materia civil coas institucións consuetudinarias dos territorios co dereito civil foral ou especial", xa que houbo precedentes na lexislación aragonesa e catalá que chocarían con esta sentenza. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou que a sentenza do Tribunal Constitucional é a "particular aplicación do artigo 155 a Galiza e déixanos sen unha competencia exclusiva en Dereito civil e a posibilidade de dar resposta dende Galiza as mínimas normas de convivencia Civil".
NOS_20888
A Plataforma #OPOñomeaestaOPO chama á participación.
A Plataforma #OPOñomeaestaOPO convocou unha concentración silenciosa para esta sexta feira, día 3, fronte á sede central da Xunta, en San Caetano (Compostela), na defensa do ensino público. "Dadas as últimas noticias anunciadas dende a Xunta cara ao inicio de curso 2020-2021, non podemos máis que pórnos en pé unha vez máis. Dende a plataforma esiximos que se garantan uns dereitos mínimos ao alumnado, familias e docentes", sinalan nun comunicado. Entre as demandas que defenden sitúan o aumento de profesorado, a rectificación no referido á eliminación de liñas educativas no ensino ou instar ao Goberno a tomar "medidas específicas e claras de cara o vindeiro curso para propiciar unha óptima preparación docente". A plataforma incide en que "será de obrigado cumprimento o uso de sistemas de protección individual (máscaras ou pantallas) e a distinta social de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentes".
NOS_38918
Pontón empraza Feixoo a "desconxelar o diálogo" e incide en que a crise do coronavirus ten consecuencias económicas e sociais.
A portavoz nacional, Ana Pontón, insistiu nun "acordo de país" consensuado no Parlamento entre Goberno, forzas políticas, axentes sociais e todos os sectores capaces de achegar propostas para a recuperación económica e social de Galiza porque, "ao lado da repercusión sanitarias da pandemia, hai outras consecuencias de extrema gravidade no ámbito económico e laboral que baten de cheo na vida das persoas". "Precisamos un potente plan económico para acompañar á desescalada porque non podemos pasar dunha crise sanitaria a outras situacións que tamén se escriben con P de pandemia como precariedade, paro e pobreza", alertou Pontón. E para iso, a líder nacionalista reclamou ao xefe do Executivo que teña "alturas de miras". A nacionalista responsabilizou o presidente da Xunta de ter "conxelado o diálogo en Galiza e non temos ningunha información sobre súa proposta proposta para a desescalada porque estamos ante un presidente da Xunta que non quere responsabilizarse do futuro do país senón que prefire quedarse na crítica e iso é un problema". O BNG anuncia que traballa nun programa de reactivación económica a través da comisión de expertos creada hai un mes, programa en base a cinco principios: sector público reforzado e potente que actúe como motor de creación de emprego e de garantía de xustiza social, - "non podemos volver caer no erro de rescatar á banca"-; impulsar o tecido produtivo; aposta estratéxica pola ciencia de base, pola investigación e polo coñecemento; fortalecer os servizos públicos, -superar o modelo que mercantiliza os coidados-, e estratexia contra o cambio climático. En relación á desescalada, o Bloque considera clave que debe estar adaptada á realidade galega e que debe ser segura. Eleccións A preguntas dos medios ante unha posíbel data electoral, Pontón insistiu en que para o Bloque á prioridade é garantir a saúde das persoas, condición que debe estar por riba da cita coas urnas. "Non é sensato no medio dunha pandemia falar dunha data electoral, o BNG considera que deben celebrarse cando sexa posible garantir a saúde e a vida das galegas e dos galegos", indicou, ao tempo que criticou a posición de Feixóo.
PRAZA_1348
SOS Sanidade Pública deseña un procedemento para que os doentes soliciten formalmente que non se lles aplique a lei de garantías para seren atendidos en centros públicos en probas ou operacións cirúrxicas.
Dende marzo de 2014 está en vigor en Galicia a denominada lei de garantías de prestacións sanitarias, un dos emblemas da segunda campaña electoral de Alberto Núñez Feijóo que ten como medida estrela a limitación de 60 días para a espera cirúrxica e de 45 para consultas especializadas. Como veu relatando este diario, por baixo desa promesa de garantía máxima de espera está un mecanismo de trasvase de doentes á sanidade privada, toda vez que se o Servizo Galego de Saúde incumpre o seu autoimposto límite de 45 ou 60 días está facultado para enviar os doentes a un centro privado no que lle realicen a intervención ou a proba. Neste contexto a plataforma SOS Sanidade Pública vén de deseñar un procedemento a través do que a cidadanía pode, cando menos, tentar seguir sendo tratada na sanidade pública. "A sanidade pública é a única que garante que todas e todos recibamos a mesma asistencia sanitaria cando estamos enfermas e enfermos", afirma o colectivo, formado por profesionais sanitarios, sindicatos e os grupos da oposición parlamentaria. A súa aposta, explican, é a de tentar frear un modelo que "establece unha sanidade para ricos e outra, para pobres", xa que a propia lei estipula que "as persoas que dispoñan de diñeiro suficiente, poderán ser atendidos na sanidade privada adiantando os cartos" e despois "o Sergas devolverallos ao presentaren a factura". Neste escenario, que cabe facer? SOS Sanidade Pública propón rexistrar un escrito solicitando asistencia pública cada vez que o Sergas derive un doente á privada apoiándose na nova lei "Cando che oferten realizar unha proba ou unha intervención cirúrxica na sanidade privada" SOS Sanidade propón redactar un escrito "dirixido á Xerencia de Xestión Integrada", seguindo o modelo que acompaña esta información, deseñado para o caso de Santiago de Compostela. Nese escrito, indican, o paciente debería "esixir que nos dean as citas para as exploracións radiolóxicas e outras probas diagnósticas, que non nos deixen no limbo, pendentes de aviso". No caso das cirurxías, o escrito recalmará "que se nos incorpore á lista de intervencións cirúrxicas" a realizar nos centros públicos. "Cada persoa -subliñan- deberá enviar un escrito" a través do rexistro de entrada de cada área sanitaria "cada vez que reciba unha denegación de ser atendida na sanidade pública". A plataforma procura que "os servizos sanitarios funcionen en quendas de mañá e tarde" e que para isto se doten do persoal necesario SOS Sanidade comezará a espallar esta proposta o vindeiro día 17 cunha palestra en Compostela na que explicarán os obxectivos desta campaña. Trátase, anticipan, de que "os servizos sanitarios funcionen ininterrompidamente en quendas de mañá e tarde" e que para isto se doten do persoal necesario, no caso de "continuar a suprimir postos de traballo na sanidade pública". "Que os cadros de persoal se adapten ás necesidades sanitarias da poboación, que non se pechen as camas, que non estean infrautilizados os quirófanos", resumen. No caso de continuar o modelo consagrado na nova lei, aseguran, seguirase a "destruír a sanidade pública, encarecendo o custo sanitario e perdendo calidade" co "único obxectiov de que as empresas privadas se lucren con cartos públicos". Asemade, alertan, "as complicacións que poidan xurdir" nestes doentes derivados á privada "serán atendidas na sanidade pública e será esta a que repare as desfeitas". Ademais, resaltan, "os doentes crónicos e pluripatolóxicos" son "rexeitados" nos centros privados, toda vez porque "non son rendibles economicamente" e por iso "o seu tempo de espera non conta". "A sanidade é un dereito universal, non un negocio a repartir entre os amigos", conclúen.
PRAZA_17125
Non deixa de ser unha paradoxo que o partido máis nacionalista español, Ciudadanos, teña que buscar o teórico talento fora, mesmo en aqueles que tradicionalmente bloquean a nosa política pesqueira en agraria en Europa. Precisa Galicia esta formación? Esta clase de facer política? Cada quen que elixa.
Están na Havana un tanto preocupados, a familia Castro ten orixe en Láncara e saben que tarde ou cedo o "partido" laranxa vai facer unha proposta a Raúl Castro para ser o candidato, ademais en Láncara poden ser decisivos, nada está despexado. Brincadeiras aparte, está moi ben iso de querer vender á xente que se está a fichar talento, mais compre ter coidado e ser un pouco prudentes, a política non é fútbol e incluso no fútbol por exemplo os xogadores galos teñen problemas de adaptación. Non deixa de ser unha paradoxo que o partido máis nacionalista español, Ciudadanos, teña que buscar o teórico talento fora, mesmo en aqueles que tradicionalmente bloquean a nosa política pesqueira en agraria en Europa. Precisa Galicia esta formación? Esta clase de facer política? Cada quen que elixa. Andan agora a lea de fichar a un exconselleiro, non de moito talento tampouco, pero si de repercusión porque tiran na liña de flotación do PP. Sen que serva de precedente doulle algo de razón a Rueda, iso non pasa de ser unha deslealdade. Xa non do Sr. Guerra co PP senón de ciudadanos coa xente que ten en Galicia, eu plantaríame seriamente o futuro nunha forza que non acredita no meu traballo e ten que buscar talento fora. Ciudadanos manifestaba fai uns días que en Galicia so ía presentar candidaturas nos Concellos nos que fose decisivo, e nas cidades e vilas intermedias. Dúas apreciacións dende a miña humilde opinión. Primeiro compre votar, para saber onde se é decisivo, é un concepto de democracia que igual non controlan ben e segundo Galicia é algo máis, moito máis, que as vilas e cidades. É moi interesante saber que renuncian a representar a un bo número de galegos e galegas. Quizais o fan inspirados por ese talento, pero demostran que de Galicia saben ben pouco. Con partidos como Ciudadanos e Podemos, que traballan e actúan en chave demoscópica unicamente, so sufrimos o arte de deturpar a política. Está é a nova política que dicían representar ou máis ben e un sácate ti que me poño eu? Neste senso era chave que os xornalistas fagan o seu traballo ben e transmitan a verdadeira cara de esta acción política que representan dende os seus cháletes millonarios e dende as súas tribunas subvencionadas. Unha recomendación, acudide se podedes a calquera das cámaras de representación, o talento e o nivel están moi baixos, algo pasa nesta democracia e compre actuar con sentidiño. Publicidade
NOS_56564
José Mansilla é antropólogo urbano e membro do Observatori d'Antropologia del Conflicte Urbà (OACU) e do Grup de Recerca sobre Exclusió i Controls Socials (GRECS) da Universitat de Barcelona (UB). Pasou por Compostela para falar nas 'Jornadas Libertárias' da influencia das prácticas turísticas nas cidades, un dos temas que máis caracterizan a súa traxectoria como investigador e docente.
Falamos de impacto turístico desde o barrio compostelán de San Pedro entre veciñas, veciños e turistas. Este investigador sevillano con base en Catalunya ten traballado en profundidade casos como o de Barcelona que están a provocar serios problemas de convivencia entre habitantes e visitantes. A súa voz é crítica co modelo que desenvolve o turismo que expulsa fóra á cidadanía de toda a vida para facilitar o desenvolvemento de empresas que obteñen grandes beneficios neste sector. O turismo crea emprego? É un mito. O turismo non é como unha industria sen chemineas. É un instrumento económico para acadar un determinado crecemento mais ten unha serie de impactos a todos os niveis. A nivel laboral os salarios son moito máis baixos en relación a outros sectores. É lóxico pola capacidade que ten o turismo de redistribuír recursos mais a través da imposibilidade que teñen as traballadoras e traballadores de asociarse e pedir melloras. Por iso a industria sempre ten uns salarios mellores. A nivel laboral os salarios son moito máis baixos en relación a outros sectores O turismo é unha industria fragmentada, xera riqueza mais non a distribúe. A parte maior pode estar en estabelecementos hostaleiros grandes mais nos pequenos non. Hai que sumarlle a utilización de persoal en prácticas e como resultado o traballo é precario, de tempada e cun salario non moi concreto. Que perigos corren as cidades que apostan no turismo? Temos como exemplo o que está a acontecer a Compostela. As cidades convértense en museos e os seus centros históricos en parques temáticos. Como dicía un profesor meu 'non hai nada que se pareza máis ao centro dunha cidade europea que outro centro dunha cidade europea'. Compostela vai cara a ese modelo? Aquí, malia o camiño e a catedral, a paisaxe non deixa de homoxeneizarse, perde a súa identidade. O visitante tende a buscar os mesmos produtos do seu lugar de orixe. Ademais, ao ser un espazo de concentración flotante, desde os sectores produtivos da zona pasa a ofertarse aquilo que se consume de xeito masivo. Se non hai control convertes o centro da cidade nun grande resort: sector hostaleiro potente e apartamentos regulados ou sen regular que provocan o desprazamento da poboación. As vivendas non poden ser ocupadas por familias que até comezan a carecer de recursos no entorno. É un fenómeno complexo que sucede cando as economías non están abondo diversificadas. E a poboación? O comercio do turista non é o do habitante tradicional. Ofertan produtos moi concretos de consumo rápido. Un impacto máis, pouco coñecido e estudade, é o ecolóxico. Se vas a unha froitería e mercas froita lévala a casa. Se es un turista a oferta é individualizada, en contedor de plástico para consumir de xeito individual. As cidades convértense en museos e os seus centros históricos en parques temáticos Un dato, o consumo de auga dun turista é de entre catro a oito veces máis elevado que a dun habitante normal. Hai presión cara á poboación habitual que reduce a súa facilidade de acceso aos produtos diarios de consumo. Que outras mudanzas crea este modelo? As de uso do espazo urbano. A veciñanza emprega o espazo urbano para sociabilizar, é o seu punto de encontro. Coa turistificación isto desaparece, mercantilízase en forma de terrazas, zonas para vehículos individuais, sitios de consumo que compiten co uso social. Se ten eses aspectos negativos aos que se refire vostede, cal é a razón de que institucións como concellos ou a propia Xunta aposten tan forte á carta do turismo? Nos último 40 anos as Administracións locais que se dedicaban á xestión pasaron a fomentar o emprendemento. A cidade pasa ser un ámbito para facer negocio. O turismo ten a facilidade de que permite, con poucos recursos e inversión, obter un resultado moito máis factíbel e moito máis barato que noutro tipo de economía como pode ser a industrial. A entrada do Estado español na UE fomentou ser territorio de servizos e un grande mercado inmobiliario. E o inmobiliario e o turístico van relacionados. As cidades pasan a ser lugares onde se buscan oportunidades de negocio.
PRAZA_20763
Folgoso queda sen a metade do persoal médico no verán ao non cubrir a Xunta os postos dos profesionais de vacacións. A veciñanza recolle máis de 500 sinaturas contra a falta de recursos na sanidade pública, unha situación repetido no rural, e teme que a nova Lei de Saúde aínda o empeore A Mariña protesta este mércores contra a supresión da súa área sanitaria
A Mariña protesta este mércores contra a supresión da súa área sanitaria O primeiro luns da segunda quincena do pasado mes de xullo, en Folgoso do Courel varios pacientes tiñan cita para analíticas, consultas xerais ou a aplicación de tratamentos como o Sintrom, entre outros. Moitos non puideron ser atendidos ao coincidir citas nos dous centros de saúde do concello, o de Folgoso e o de Seoane. Á xa habitual non substitución dun dos médicos de vacacións engadíuselle a marcha dunha das dúas enfermeiras que atenden no municipio, que tampouco foi reemprazada. Foi o que acabou coa paciencia dunha veciñanza dispersa e envellecida, que teme máis recortes de aplicarse a nova Lei de Saúde ou o peche dun dos ambulatorios e que pide solucións á Xunta. Xa recolleron máis de 500 sinaturas -a localidade anda sobre os 1.000 habitantes- e este martes entregaranas en Monforte, onde tamén levarán a cabo unha concentración reclamando un servizo sanitario público axeitado e de calidade, xusto o que agora non teñen. Nin a praza dun dos médicos nin a da enfermeira son ocupadas cando marchan de vacacións nos centros de saúde de Folgoso "Os servizos sanitarios prestados no Courel son desastrosos, sobre todo tras a última decisión tomada pola Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte", advirte o grupo de veciños que leva meses protestando e recollendo sinaturas. Refírense á non substitución da enfermeira de vacacións malia as "pretensións" anunciadas pola Xunta. Ao faltar tamén por descanso un dos dous médicos que atenden no concello, a situación vólvese "inviable e incomprensible". Sandra, unha das veciñas afectadas, asegura que a ausencia dun facultativo durante o verán "vén de lonxe e é algo que xa se dá por descontado". Ocorre desde hai anos e provoca que un só médico teña que repartirse e atender tres horas en Seoane e outras tres en Folgoso. A situación complícase aínda máis se hai que atender un doente no seu domicilio ou facer curas. Nunha comarca cunha elevada dispersión poboacional, a falta de atención no centro de saúde pode alongarse durante horas. No caso dunha urxencia, os doentes teñen que trasladarse a Quiroga, co gasto económico e de tempo que iso supón. Así o denuncian varios veciños, así como o PSdeG e Courel Vivo, as dúas formacións con representación na corporación municipal ademais do PP, que goberna a localidade. Durante o verán, un médico repártese entre os dous centros de saúde: tres horas en Folgoso e tres en Seoane A resposta da Consellería de Sanidade, segundo os veciños mobilizados, é que "non hai quen queira vir" ao Courel para substituír os profesionais que marchan de vacacións. O propio conselleiro, Vázquez Almuíña, así llelo dixo aos representantes políticos da zona que acudiron á xuntanza na que a Xunta tratou de explicar os motivos e as consecuencias da futura aplicación do novo mapa sanitario en Galicia nas comarcas dependentes da área de Monforte, agora a extinguir. "O conselleiro asegurou que era un problema puntual causado por non haber profesionais dispostos a acudir ao Courel para cubrir as vacacións ante a insuficiencia de recursos", explica Óscar Carrete, portavoz de Courel Vivo en Folgoso, que advirte de que "foi a propia Xunta quen reduciu os recursos para estas prazas" e que está "convencido" de que serían moitos os profesionais dispostos a traballar na zona "de teren unhas condicións axeitadas". "Se hai xente no Lucus Augusti de Lugo á que chaman para traballar un ou dous días á semana, como non ían querer traballar aquí?", pregúntase quen reclama "incentivos e condicións laborais dignas" para o persoal e solucións para un problema "que ten que arranxar a Xunta". "Un plus por estar afastado da súa área sanitaria, colaboración da Xunta cos concellos para facilitar o aloxamento do persoal médico... Solucións hai de haber vontade política", insiste. Sanidade asegura que non é quen de cubrir as vacantes no Courel porque non hai quen queira ir traballar alí Veciños e usuarios indígnanse ante unha situación que empeora desde hai anos coa "desaparición de servizos de gardas nocturnas, ausencia de ambulancias ou implantación dun réxime de gardas alterno ás tardes entre os dous centros" de Folgoso. "Se o Sergas deixase de implantar contratos precarios por días, se cadra médicos e enfermeiros non marchaban, como xa pasou", engade Carrete, que no fondo ve un intento por "desprestixiar a sanidade pública e beneficiar a privada". Desde Folgoso advirten de que a mudanza prevista na Lei de Saúde aínda pode empeorar máis as cousas, sobre todo ao reducir de once a sete as áreas sanitarias existentes, suprimindo as da Mariña, O Salnés, O Barco e Monforte. A esta última pertence a zona do Courel, que pasaría a estar xestionada non xa desde Lemos, senón desde Lugo, perdendo xestión directa, proximidade e medios. "A Xunta pretende convencernos de que suprimir a área sanitaria actual vai traer vantaxes á comarca, pero por máis que falamos co persoal médico, non llelas atopamos", insiste Carrete, que asegura que na xuntanza mantida co conselleiro, este insistía en "potenciar a atención telefónica e a implatanción de persoal médico que se desprace por varios concellos para a implantación a domicilio". "Facer curas, unha picadura dunha abella... Como se arranxa iso por teléfono? Se din que non hai médicos para os centros de saúde, vanos buscar para que se anden desprazando de casa en casa?", pregúntase.. "Tendo en conta o elevado número de persoas maiores sen posibilidades de desprazamento e/ou situación de dependencia, unido ao mal estado das estradas e a dispersión poboacional, esiximos que o Courel teña uns servizos sanitarios de calidade e non discriminatorios", expresa a veciñanza que este martes ao mediodía entregará nas dependencias do Sergas en Monforte as máis de medio milleiro de sinaturas reclamando unha sanidade pública de calidade, ademais de se concentrar para reclamar uns servizos axeitados, unha protesta que xa fora trasladada á Valedora do Pobo. A situación que ocorre en Folgoso do Courel non é a única. Moitas outras zonas do rural galego quéixanse da falta de servizos e medios na sanidade pública, moi especialmente en época estival. O envellecemento da sociedade, a elevada dispersión ou o aumento de poboación durante o verán acentúa uns problemas que veñen de lonxe e que temen que poida empeorar a nova Lei de Saúde, criticada unanimemente por sindicatos e oposición.
NOS_23885
O Celta sumou outros tres puntos en Balaídos logo de derrotar o Huesca (2-1) nun partido que parecía cómodo para os vigueses, mais no segundo tempo levantaron o pé, dando descanso a homes chave como Aspas e Tapia, o que aproveitaron os oscenses, que a piques estiveron de dar a volta ao último partido de 2020.
O Celta do Chacho Coudet volveu á senda da vitoria no derradeiro partido do ano ante o Huesca (2-1, goles de Nolito e Aspas para os galegos), e encara 2021 con optimismo a tan só tres puntos dos postos de Champions. Este agónico triunfo ante os oscenses foi especial por coincidir no tempo co 92 aniversario da inauguración de Balaídos. Aquel afastado 30 de decembro de 1928, o Celta derrotaba o Real Unión de Irún por 7-0 para éxtase de todas as persoas alí presentes. Esa imaxe dunhas bancadas cheas de vida contrasta coa situación actual de bancadas baleiras, algo que a directiva do Celta agarda que remate "en xaneiro". Asemblea albivermella O Clube Deportivo Lugo volverá competir a vindeira semana, se o gromo detectado entre o cadro de xogadores do Sporting de Xixón non o impide. Aproveitando este oco no calendario o conxunto albivermello levou a cabo a súa Asemblea Xeral, na que o presidente Tino Saqués informou dunhas perdas de 17.075 euros, que non foron óbice para que se aprobasen por unanimidade todos os puntos incluídos na orde do día. O Dépor, protagonista dunha triste distinción Tampouco competiu esta semana o Real Club Deportivo, que non volverá pisar un terreo de xogo até o seu compromiso copeiro co Alavés no día de Reis. Non obstante, o conxunto branquiazul é noticia pola súa inclusión nos premios anuais da revista británica FourFourTwo, considerada a publicación especializada máis importante do mundo, como gañador na categoría de 'Caída/Afundimento do ano' polo seu inesperado descenso á Segunda División B. Tan só un ano despois de recoñecer o Dépor das tempadas 1999-2002 como un dos 20 equipos de culto máis importantes de todos os tempos, -xunto a escuadras inmortais como o Napoles de Maradona, o Barcelona do 'Dream Team' ou o Cosmos de Pelé-, a FourFourTwo dedica o máis triste dos seus galardóns a repasar o descenso aos infernos do fútbol semiprofesional. Esta reportaxe coincide no tempo coa sentencia absolutoria de todas as persoas acusadas polo apaño do partido entre Levante e Real Zaragoza en 2011, fundamental para que o Deportivo acabase baixando á categoría de prata por vez primeira en 20 anos.
NOS_25429
A construtora galega foi sinalada por Luis Bárcenas como doante do PP.
Copasa volve estar no foco despois de que a pasada semana se coñecera que a compañía galega foi sancionada cunha multa de 5,6 millóns de euros pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) por facer parte, supostamente, dun cartel de grandes construtoras que alterou licitacións do Ministerio de Fomento para o mantemento de estradas. Segundo a CNMC, Copasa mais outras once empresas adxudicáronse, entre 2014 e 2018, 71 licitacións por unha contía total de 530 millóns de euros, o que representou o 62% do orzamento destinado pola Administración estatal á conservación da súa rede de estradas. A construtora galega embolsouse 26,91 millóns de euros con este operativo. Neste sentido, a resolución da CNMC, adiantada por Nós Diario, sinalou que entre xullo de 2014 e decembro de 2018 Copasa participaría en 101 licitacións, acollendo a súa sede ourensá diversas reunións entre empresas de obra civil para, supostamente, concertar prezos e pactar ofertas coas que acudir aos concursos públicos. Na mesma liña, o regulador destacou que a empresa non ofreceu "unha explicación alternativa plausíbel á existencia do cartel que xustifique a súa forma de presentar ofertas", tras apuntar nas alegacións que as súas propostas responderon a "criterios de racionalidade económica". A compañía, constituída en 1985 e dirixida desde entón por José Luis Suárez, apareceu sinalada nos anos 90 pola súa proximidade ao Partido Popular (PP). Así, nunca crónica publicada en abril de 1995 no diario El País afirmábase que "Copasa experimentou unha grande expansión comercial coincidindo coa volta dos populares ao Goberno galego en 1990", destacábase que Suárez partillaba negocios co deputado do PP Aurelio Miras Portugal e indicábase a relación coa mercantil de Higinio Palmou, irmán do dirixente popular Jesús Palmou. A contabilidade do PP galego entregada en xullo de 2013 polo tesoureiro da formación, Luis Bárcenas, ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz apuntou outra vez a Copasa. Nun informe elaborado en 2006 polo xerente do PP galego, Modesto Fernández, onde se recollían doazóns de 19 grupos empresariais, cuxo importe superaba nalgúns casos o límite legal fixado pola lexislación, aparecía a construtora como primeira doante dos populares, cunha achega de 380.245 euros. Detrás dela, significábanse outros grupos empresariais ligados á obra civil, como FCC, CRC Ramón Carro, ACS ou o grupo Campo, ás obras hidráulicas, como Espina y Delfín, ou ao xogo, como Egasa. Os responsábeis de Copasa negaron a veracidade destas doazóns, na liña da maioría das empresas sinaladas no informe de Modesto Fernández. A construtora con sede en Ourense foi unha das grandes beneficiadas nos contratos públicos da Xunta na época de Manuel Fraga, como adxudicataria de importantes obras na Cidade da Cultura, e na etapa de Alberto Núñez Feixoo, de quen recibiu a construción e explotación por 30 anos da autoestrada de Ourense a Celanova. O AVE á Meca As obras do AVE de Medina á Meca en Arabia Saudita é outra das frontes de Copasa. A compañía galega fixo parte do consorcio de empresas adxudicatarias do contrato de alta velocidade, actualmente baixo sospeita polos presuntos pagos de comisións, que salpicaron o propio rei emérito, Juan Carlos de Borbón. Neste contexto, o antigo delegado da compañía nas Illes Balears, Jesús Díaz Barreiros denunciou o roubo de material comprometedor para a construtora galega e confirmou diversos traballos de mediación diante das autoridades sauditas.
NOS_33113
Pide o suplicatorio ao Congreso para procesar ao ex-ministro. Blanco pode recorrer a decisión do xuíz ante a sala Penal do TS, que será quen decida
O xuíz que instrúe o Caso Campión pide ao Tribunal Supremo que inicie os trámites para pedir o suplicatorio ao Congreso de José Blanco e poder xulgar así o deputado socialista e ex-ministro de Fomento. O motivo é xulgar a Blanco por tráfico de influencias, mais non de delito de prevaricación, que tamén lle imputaba o fiscal.
NOS_7473
Nas últimas dúas semanas o continuo incremento de novos contaxios da Covid, batendo récords rexistrados durante a primeira vaga da pandemia, levou as autoridades dos Estados da UE e de todo o continente a valorar o posíbel estabelecemento de restricións máis duras. Preocupa que o virus volva afectar os colectivos vulnerábeis.
O número de infeccións semanais da Covid-19 no continente europeo xa é maior que o rexistrado no pico de marzo, durante a primeira vaga de contaxios. "Temos unha moi seria situación ante nós", afirmou o director rexional da OMS para Europa, Hans Kluge. Nesta oficina están incluídos Rusia, Ucraína e Israel, o primeiro, segundo e sexto países con máis novos casos nas últimas horas a nivel mundial. Máis da metade dos países de Europa rexistraron incrementos por riba de 10% nas últimas dúas semanas. En sete destes, até o dobre. Uns datos que se dan cando a nivel mundial o número de contaxios superou os 30 millóns, segundo os datos da Universidade Johns Hopkins. Case un millón destas persoas faleceron. "Na primavera e a comezos do verán puidemos ver o impacto das estritas medidas de confinamento", sinalou Kluge. "Os nosos esforzos, os nosos sacrificios, pagaron a pena. En xuño, os contaxios chegaron ao seu nivel máis baixo. O número de casos en setembro, porén, debería servir como unha chamada de atención para todos nós", alertou. Kluge manifestou que "aínda que estes números reflicten un maior número de tests, tamén mostran alarmantes taxas de transmisión ao longo da rexión. No caso concreto da Unión Europea, España, Francia, Italia e Portugal son dos Estados onde esta tendencia á alza é máis intensa. Á alza na UE Tamén no Reino Unido o número de casos diarios rexistrou o nivel máis alto desde o mes de maio. Onte, o ministro de Sanidade británico, Matt Hancock, admitiu que o Goberno non desbota decretar un segundo confinamento a nivel estatal para conter o novo coronavirus. En Italia, segundo o Ministerio de Sanidade, o aumento no número de contaxios está xa a levar parello un incremento dos ingresos hospitalarios. Na UCI hai 212 pacientes, segundo os últimos datos facilitados. A cifra de novos contaxios mantense á alza no país transalpino. O Goberno francés, pola súa banda, estuda un endurecemento das restricións sanitarias para conter esta segunda vaga, despois das medidas tomadas en Lille, Marsella e Bordeos. Na quinta feira, Francia rexistrou 10.593 casos, o número máis elevado desde o comezo da pandemia. Neste sentido, o Ministerio de Sanidade deu de prazo até mañá a Lyon e Niza, dúas das cidades francesas máis grandes, para que estabelezan novas medidas. En España, a maioría dos novos casos concéntranse no concello de Madrid, con 659,41 casos diagnosticados nos últimos 14 días por cada 100.000 persoas. Isto é, máis de 30% dos diagnósticos e mortes a nivel estatal. Na pasada cuarta feira marcouse un novo récord de falecementos, 239, a cifra máis alta desde xuño. En Portugal, o primeiro ministro, António Costa, convocou onte o gabinete de crise para a Covid por vez primeira desde xuño, logo do aumento continuado no número de contaxios dos últimos días que levou nas últimas horas ao máximo diario ─770─ desde o 10 de abril. Segundo consta no boletín diario da Direção-Geral da Saúde (DGS), 48% das novas infeccións producíronse na rexión de Lisboa, a máis afectada pola pandemia, seguida da rexión Norte ─cuxa capital é o Porto─ con 33% dos novos casos. A tendencia á alza tamén se está a dar noutros Estados membros da UE. Por exemplo, na República Checa, que rexistrou por primeira vez desde o inicio da pandemia máis de 2.000 casos nun só día. Tamén nos Países Baixos se bateu o récord diario de novos casos. Aínda que, durante a maior parte do verán, o rexurdimento de contaxios na UE non foi acompañado de máis hospitalizacións ─algo atribuído á mudanza nas transmisión, da xente máis maior, antes, á xente máis nova nestes meses─ a tendencia, tal e como se está a comprobar en Italia, nalgunhas cidades de Francia ou na capital española, está volvendo mudar. Aumento das mortes Esta situación preocupa entre as autoridades sanitarias, xa que como lembrou Maria Van Kerkhove, directora técnica da OMS para a Covid-19, durante a primeira vaga, cando as hospitalizacións comezaron a aumentar, estas foron seguidas dun rápido incremento das mortes. A comezos desta semana, Hans Kluge, alertaba de que en todo o continente europeo se producirá un aumento no número de falecementos durante os meses de outubro e de novembro. Agora, na súa última comparecencia, chamou a amplificar os esforzos colectivos. "O virus foi desapiadado cando o partidismo e a desinformación prevaleceron", afirmou, e engadiu: "Onde vaia a pandemia de aquí en diante está nas nosas mans. Contraatacámola antes e podémola contraatacar outra vez".
NOS_21652
A Galiza acollerá a Fase Intermedia da Copa de fútbol das Rexións en outubro. Na competición terá diante como rivais a Xenebra (Suíza), Pest (Hungría) e Liubliana (Eslovenia). En xogo a oportunidade de chegar á final que se disputará en xuño de 2023.
A selección galega UEFA de fútbol regresou aos adestramentos para preparar a Fase Intermedia da Copa das Rexións que se disputará na Galiza do 6 ao 12 de outubro. O elenco que prepara Iván Cancela, vixente campión de España e representante estatal nesta cita europea, exercitouse no Campo Novo do Doce da Escravitude (Padrón) nunha convocatoria que contou con 22 futbolistas. A Galiza xa coñece os rivais na fase intermedia da Copa das Rexións UEFA Tras as primeiras sesións, que comezaron a pasada terza feira, o equipo galego ten previsto realizar varias máis e disputar algún encontro amigábel para afrontar a gran cita nas mellores condicións. Xenebra, Pest e Liubliana, as rivais da Galiza A selección galega, vixente campioa da fase estatal tras derrotar o 11 de marzo do 2020 a Andalucía, terá diante os representantes de Xenebra (Suíza), Pest (Hungría) e Liubliana (Eslovenia). Agora mesmo está clasificada para a fase final Dolny Śląsk (Polonia) vixente campioa. Encadrada no Grupo 7, a Irmandiña xogarase o único billete que hai na competición para a fase final europea do 6 ao 12 de outubro nos campos de Baltar (Portonovo, Sanxenxo) e A Lomba (Vilagarcía de Arousa). A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), segundo explica nun comunicado, mantén abertas as conversas co concello de Vilagarcía de Arousa e mais co de Sanxenxo para que a competición se desenvolva nas mellores condicións "agradecendo a boa disposición amosada polos consistorios". A Irmandiña Sub-15 e Sub-17 encaran o Estatal de fútbol Iván Cancela amosou nos adestramentos a súa ledicia "de estar de novo aquí" e asegurou que afrontan esta etapa "coa máxima ilusión e ambición". Para o técnico "xogar na casa ten que ser un factor chave para estar na fase final". Final en xuño de 2023 En total, inscribíronse 36 federacións, das cales Malta e San Marino presentarán seleccións nacionais amadoras e o resto estará representado polas seleccións rexionais. As seleccións das 31 federacións con maior coeficiente de competición, entre elas a galega, comezarán na Rolda Intermedia, e as outras cinco participarán na rolda preliminar para pelexar polo posto restante da rolda intermedia. As oito gañadoras dos grupos clasificaranse para a fase final que terá lugar, en principio, nas dúas últimas semanas de xuño de 2023.
NOS_16901
Campionatos de Europa Sub-20 e Sub-23.
Catro das atletas galegas máis talentosas e prometedoras serán da partida nos vindeiros Campionatos de Europa Sub-20 e Sub-23 de Atletismo, que se desenvolverán desde o día de mañá e até o vindeiro 11 de xullo. Tallín, a capital estonia, será a sede de ambas as probas, sendo a que conta con máis presenza galega o Europeo Sub-23, con tres, unha delegación da que estará á fronte Antía Chamosa, que é das máximas favoritas ao triunfo final na proba dos 20 quilómetros marcha. A pesar da súa xuventude, Chamosa conta xa cun currículo moi destacado, no que salientan varios títulos estatais e a súa xa máis que asidúa presenza nas convocatorias para participar en probas internacionais. Pola súa banda, a modalidade dos 800 metros lisos segue a dar excelentes especialistas, como é o caso do herculino Elian Numa López. O atleta do Coruña Comarca conta cunha importante proxección, como acredita o seu subcampionato Estatal Sub-20 no ano 2018. Desde entón conta as súas participacións no Campionato de España por medallas, o que orixinou o seu debut internacional no Europeo Sub-20 do ano 2019. Finalmente, Jacobo Soler representa unha das grandes e fantásticas sorpresas da tempada. Incorporado activamente ao atletismo hai apenas dous anos -da man do Atletismo Rías Baixas-, a súa irrupción nos 400 metros foi espectacular, pasando este ano de acreditar 50.52 ata os 47.41 segundos de 2021. Con este rexistro lograba nada menos que o subcampionato de España Sub-23 , así como unha máis que merecida inclusión no equipo de relevo 4×400 para este campionato continental. Irene Gómez, raíña dos lanzamentos Sen abandonar os Campionatos europeos, nin tampouco a mesma cidade báltica de Tallín, outra das citas atléticas máis importantes do ano será a que reúna ás mellores atletas Sub-20 do continente. Nesta cita, a afección galega terá a oportunidade de seguir no sector dos lanzamentos as evolucións de Irene Gómez Costas, que aspira a dar a sorpresa na modalidade de martelo, na que parte cunha Mellor Marca Persoal de 60,17 metros -que a sitúan no posto 18 do ránking europeo- na que será o seu terceiro reto internacional despois da Copa Ibérica Go Fit e do Festival Olímpico da Xuventude.
PRAZA_7701
O xulgado admite a trámite a querela da Fiscalía contra o alcalde Nelson Santos, do PP, por un presunto delicto de prevaricación. "Se non pode explicar o seu comportamento e a súa xestión, ten que dimitir", di a voceira socialista Eva García.
O Xulgado de Instrucción número 1 do Porriño admitiu este xoves a trámite a querela da Fiscalía contra o alcalde Nelson Santos, do PP, por un presunto delicto de prevaricación. Santos vai ser citado para prestar declaración, o vindeiro xoves 4 de abril. A investigación parte da denuncia interposta por un traballador do propio concello pola contratación sen pasar polos preceptivos trámites públicos e abertos dun enxeñeiro para prestar servizos en materia de urbanismo, por un importe de 45.000 euros anuais máis ive. "Se non pode explicar o seu comportamento e a súa xestión, ten que dimitir", di Eva García A oposición municipal denunciou en varias ocasións os procedementos de contratación de obras sen publicidad, cifrando a posible fraude nuns 4 millóns de euros, engadindo que moitas das contratacións foran informadas negativamente polo interventor municipal. Nas últimas semanas o secretario do Concello e ultimamente tamén o interventor municipal foron chamados a dependencias xudiciais para tentar aclarar estas situacións, que segundo o PSdeG-PSOE confirman "sospeitas que veñen de moi atrás". A voceira socialista Eva García afirma que veñen denunciando irregularidades dende que Nelson Santos se fixo co alcaldía en 2010 a través dunha moción de censura contra o rexedor nacionalista Raúl Francés. Salienta que é habitual que se encarguen obras e se realicen contratacións "con orzamentos non pechados", todo nun Concello que arrastra unha débeda moi importante. "No Porriño chove sobre mollado", di, "porque a sombra de dúbida non é só pola contratación dun enxelñeiro, senón porque se salta a lei e a sospeita é sobre toda a contratación con empresas de xestión dos asuntos públicos". O PSdeG-PSOE pídelle a este respecto a Santos que "despexe calquera tipo de dúbida sobre a súa xestión" ou que dimita. "Se non pode explicar o seu comportamento e a súa xestión, ten que dimitir", di Eva García. "Temos que despexar calquera sombra de dúbida porque poñemos en risco o sistema democrático", di a voceira socialista, que engade que "estamos en momentos moi sensibles, porque se o que está saíndo é certo, estamos ante unha trama organizada de corrupción sistemática pola que un partido como o PP, qeu goberna, estivo enriquecéndose cos fondos públicos a cambio de favores. E iso é terrible".
NOS_4536
As institucións comunitarias apertan a gorxa d@s estafad@s polo calote das preferentes. Exixen que as entidades financeiras fixen as perdas de maneira inmediata e que a quita se leve a cabo este mesmo mes. As plataformas comarcais de afectad@s, que anunciaran guerra, continúan a súa ofensiva en distintos concellos do país perante unhas perdas que poderían ser maiores do anunciado.
Arredor da estafa das preferentes continúa a haber numerosas sombras. Após anunciarse a aprobación dunha quita entre as persoas afectadas pola fraude, as máis de 300.000 persoas vítimas do corralito de NGB terán que facer fronte a perdas maiores das anunciadas após se saber que os seus aforros serán canxeados por accións da entidade e non por diñeiro en efectivo. Neste senso, desde Bruxelas exixen que a quitación nas participacións preferentes e subordinadas se leve a cabo coa maior celeridade posíbel e instan a que non se demore para alén do mes de marzo. A quita anunciada polo FROB podería superar o 43% nalgúns casos en función das características da emisión das participacións Porén, a quita que sufrirán @s afectad@s non será igual para tod@s e nalgúns casos poderá ultrapasar o 43% fixado polo FROB, pois este organismo xa adiantou que a porcentaxe estabelecida supuña unha cifra media. Neste senso, dependerá do tempo pasado desde a emisión do produto e máis das súas características. De igual maneira se verán afectad@s as persoas cuxos aforros foron convertidos en participacións subordinadas. Aliás, aquela cantidade que fique exenta da quita non poderá ser transformada en diñeiro líquido --como si acontecerá no caso doutras entidades financeiras-- senón que pola contra será trocada por bonos ou depósitos de NGB cuxo valor deberá ser estimado polo propio FROB. Neste senso, as accións de Bankia suxeitas a esta modalidade de canxe posuirán un valor de 0,01 euros (un 96% menos do que cotizan en bolsa). De acordo co anunciado desde o executivo español, o cambio farase inmediato e sen intermediación d@s afectad@s, logo de saír publicada a resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE). As plataformas aseguraron que "haberá guerra" se non se lles devolven integramente os seus aforros Os plenos de As Neves e Salvaterra, adiados polas protestas As plataformas comarcais de afectad@s amosaron o seu rexeitamento á decisión acordada entre Bruxelas e o goberno de Mariano Rajoy. Acusan o executivo de estafal@s e de converter o canxe en máis unha fórmula para lles negar o dereito a recuperar integramente os seus aforros. Neste senso, aseguraron pouco despois de coñecer a contía da quita que continuarían adiante coas súas protestas e mesmo acrecentarían a súa ofensiva. "Haberá guerra" advertían "se o goberno non dar marcha atrás". Así pois, esta segunda feira grupos de afectad@s interromperon os plenos municipais en As Neves e Salvaterra --ao igual que aconteceu en Ponteareas e outros concellos do sur do país, onde as equipas municipais adiaron a sesión e mesmo fuxiron das casas consistoriais por unha fiestra para evitar presenzar os apupos. As plataformas exixen aos gobernos locais un posicionamento político formal de apoio ás persoas estafadas e a demanda dunha solución colectiva que lles permita recuperar os seus aforros. Porén, a maior parte dos concellos (gobernados na súa totalidade polo Partido Popular) rexeitan as demandas das plataformas que, advirten, continuarán adiante na súa loita.
NOS_41319
O BNG critica que sexan sancionadas "as persoas que denuncian unha inauguración fraudulenta e mesmo ilegal de obras inacabadas".
O BNG denuncia que o Ministerio de Interior está enviando expedientes sancionadores a militantes nacionalistas que participaron no acto de protesta contra "a farsa de inauguración" o pasado 30 de decembro das obras inacabadas da ampliación da ponte de Rande. Un acto presidido polo presidente do goberno español e polo presidente da Xunta. "A día de hoxe, resulta evidente que a apertura dos novos accesos de Rande foi precipitada co único fin de beneficiar á concesionaria, -a costa da seguridade dos traballadores e dos propios usuarios-, dando a Audasa luz verde para subir unhas peaxes que o Bloque considera unha estafa legalizada, e que se aplican nun país que ten os segundos salarios máis baixos do Estado", denuncian desde o BNG. .O Bloque anuncia que recorrerá as multas. "É o mundo ao revés que sexan sancionadas as persoas que denuncian unha inauguración fraudulenta e mesmo ilegal de obras inacabadas".
NOS_17787
O Partido Popular cae en 13 puntos desde as xerais de 2016: pasou de ter 41,5% dos votos a obter este domingo 27,4%. PSOE e Unidas-Podemos suman 12 deputados e deputadas fronte aos 11 de PP e Ciudadanos.
Xa está todo o peixe vendido: escrutado 100% dos votos emitidos en Galiza este domingo electoral confírmase a imaxe que empezara a percebirse cando o escrutinio chegou 26%: PSOE 10 escanos, PP 9, Unidas-Podemos 2 e Ciudadanos 2. Os socialistas obteñen 32% dos votos por 27% dos populares. Unidas-Podemos atinxe 14% dos sufraxios e Ciudadanos 10%. A quinta forza máis votada é o BNG, con 5,77% (en 2016 non chegara 3%), seguida de Vox, con 5,2%. En Marea logra 1% dos votos. Nas sete principais cidades galegas o gañador é o PSOE. O PP é a forza máis votada en 195 concellos e o PSOE en 118. Por circunscricións, A Coruña foi a forza máis votada na Coruña e Pontevedra, en ambos os dous casos atinxindo por volta de 32% dos votos e logrando 3 escanos por cada unha. O PP impúxose en Lugo e Ourense, con 33% e 35% dos apoios nas urnas e atinxindo 2 representantes en cada circunscrición. En Común-Unidas Podemos é terceira forza na Coruña, Pontevedra e Lugo, mais en Ourense ese posto é para Ciudadanos, que non logra representación nesa circunscrición mais si en Pontevedra e na Coruña. As mesmas provincias nas que atinxe escanos Unidas Podemos. No que respecta ao Senado, dos 16 senadores e senadoras que se elixen por Galiza, o PP atinxiu 8 e PSOE 8, con 99% escrutado. Nas anteriores xerais, 2016, PP lograra 12, PSOE 3 e En Marea, 1. Estado español No Estado español o PSOE é claro gañador das eleccións ao pasar de 85 a 123 deputados e deputadas mentres que o PP sofre unha derrota histórica, perdendo 4 millóns de votos e caendo até os 66 escanos. Ciudadanos pasa ser terceira forza (57 asentos, 19 máis que nas Xerais de 2016) e Albert Rivera xa se postulou na noite electoral como líder da oposición. Baixa o espazo que representa Unidas-Podemos, que logra 42 representantes. Porén, o seu peso político é maior ante a posibilidade dunha coalición de goberno cos socialistas. Entra Vox e faino con 24 cadeiras no Congreso. Unha cifra importante mais que fica por baixo do que apontaban enquisas e as propias espectativas do partido de ultradereita. ERC logrou 15 escanos e gañou na capital, Barcelona. Junts per Catalunya obtivo 7 representantes. Por primeira vez o independentismo gaña nunhas eleccións xerais en Catalunya. O PNV atinxe 6 escanos (1 máis que en 2016) e EH Bildu representa a súa representación ao ter 4 deputadas e deputados. Report Classic Infogram User Dashboard Infogram Copy: Report Classic Infogram Participación ao Congreso Infogram
NOS_16999
O lume xerouse esta sexta feira durante os enfrontamentos entre tropas ucraínas e rebelde pro-rusos que tiveron lugar nunha xornada de ofensiva das tropas de Kiev no leste de Ucraína.
Un incendio no Edificio dos Sindicatos de Odesa, cidade do leste de Ucraína na que os rebeldes teñen ocupados edificios oficiais, causou 38 mortos, 30 por asfixia e 8 após guindárense polas xanelas para fuxir das lapas. A información foi confirmada pola policía de Odessa e Kiev. O lume produciuse nun día en que a cidade era escenario de enfrontamentos entre tropas ucraínas e rebeldes pro-rusos. Desde medios como Russia Today apúntase a que a orixe do incendio se debe a militantes da organización de ultra-dereita 'Sector Dereito', que arrebolaron cócteis molotov contra o edificio. Ningunha axencia ou fonte, alén das rusas, confirma nin desmente esta orixe. Operación 'anti-terrorista' Slaviansk, cidade de máis de 120.000 habitantes no leste de Ucraína, está a ser albo esta sexta feira dunha ofensiva do exército ucraíno que Kiev cualifica como de primeiro paso para esmagar a rebelión pro-rusa. A cidade, bastión dos rebeldes, estaría a resistir o embate, segundo corresponsais internacionais na zona, e os milicianos terían abatido 2 helicópteros militares ucraínos. Na zona sur da urbe, columnas de blindados enfróntase os pro-rusos para intentar abrir unha fenda nas defensas da cidade polas que entrar nos puntos neurálxicos da mesma, en mans dos rebeldes. "Hai mortos e feridos, en número aínda por determinar" recoñeceron fontes do exército ucraíno. Tensa calma Foron 10 horas de operación intensa seguidas dunha tensa calma. O propio primeiro ministro ucraíno recoñece "dificultades" na operación. Aliás, os enfrontamentos armados estendéronse a outras zonas, como Odesa, onde se rexistraron 3 persoas falecidas. Os rebeldes ergueron novas barricadas en vías de comunicación e,aliás, tomaron noutras cidades do leste novos edificios oficias. Un exemplo foi a ocupación da estación de tren de Iasunaviata, a 15 Km de Donetsk. Moscú advirte Desde Moscú acusan a Kiev de destruír as esperanzas de paz con esta operación militar e advirte das consecuencias prexudicais da mesma.
NOS_57054
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez e as e os relatores da Facultade Ágora destacaron a importancia das mobilidades activas -a pé e en bicicleta- por cuestións de saúde, de seguranza viaria e de recuperación de espazo para as persoas.
O sexto seminario da Facultade Ágora da Deputación de Pontevedra, sobre o espazo público, puxo sobre a mesa a necesidade de mobilidades alternativas para desenvolver correctamente as cidades e fomentar a calidade de vida da cidadanía. As expertas e expertos foron claros: é preciso desbotar como solución os patinetes e os coches eléctricos, que só abordan o problema das fontes de enerxía e a contaminación, mais non contribúen a un cambio de modelo no que se potencie a saúde, nin a recuperación de espazos para as persoas, nin a seguranza viaria. Uxío Benítez aposta nunha mobilidade activa O deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez asegurou na súa introdución que nas cidades e vilas é preciso apostar realmente por unha mobilidade activa, camiñar e andar en bicicleta, fronte aos vehículos motorizados e á electrificación. Criticou que os fondos Next Generation de reconstrución estean centrados na aposta polas zonas de baixas emisións e os coches eléctricos, en lugar de realmente formular un cambio no modelo urbano que teña como prioridade a cohesión social. "Por que en lugar dunha Lei de Cambio climático non hai unha lei de zonas peonís? Hai realmente unha visión curta das e os gobernantes ou hai tantos intereses creados?", cuestionou. As persoas relatoras Na xornada tamén estiveron presentes o xeógrafo, matemático e técnico urbanista Alfonso Sanz, que traballou como consultor en máis de 30 cidades españolas, colaborando na súa planificación urbanística e de mobilidade; o arquitecto experto en cidades en desenvolvemento, mobilidade sustentable, análise espacial, planificación e modelado de fluxos peonís José Carpio-Pinedo; a ex responsábel da Oficina Metropolitana da Bicicleta en Barcelona e coordinadora da Rede de Cidades pola Bicicleta, que desde marzo 2021 traballa para o Concello de Barcelona como adxunta á xerencia do arquitecto xefe, nos proxectos de transformación urbanística e de mobilidade da cidade, Silvia Casorrán; o arquitecto urbanista e doutor en Goberno e Proxecto do Territorio pola Politécnica de Milán, cuxa tese versa sobre a evolución de la Cidade Difusa das Rías Baixas, Martín Barreiro; e finalmente o enxeñeiro especializado en planificación do transporte e coordinador de Contidos da Facultade Ágora, Fernando Nebot. Alfonso Sanz criticou duramente patinetes e coches eléctricos como solución definitiva á mobilidade nas cidades e destacou que a Lei de Cambio climático afectará as vilas de máis de 50.000 habitantes, obrigando a crear zonas de baixas emisións, mais destacou que esta normativa inclúe o Plan nacional da enerxía e clima (Peniec) que realmente ten como obxectivo reducir un 35% os quilómetros percorridos. Alfonso Sanz chama a facer máis accesíbel o espazo público Subliñou que, no caso de vilas pequenas, o fundamental é seguir transformando o espazo público para facelo máis accesíbel, entendendo as travesías como parte da cidade onde hai circulación de vehículos pero estes deben entrar como invitados. Pola súa banda, José Carpio tamén criticou as zonas de baixas emisións e a electrificación por facer referencia unicamente ao tema ambiental. Insistiu en que se está a roubar espazo á cidadanía e preguntou que acontecerá cando en 15 anos toda a frota de vehículos xa sexa eléctrica. José Carpio critica as zonas de baixas emisións O relator recoñeceu que a Facultade Ágora cubre moitos temas relativos ao tratamento do espazo público e reúne eminencias en diversos campos: "Dá gusto ver estas iniciativas que vinculan o coñecemento experto aterrándoo nos concellos, xa que é importante que as e os técnicos e políticos municipais cheguen a el. Hai que tomar como obxectivo e foco o espazo público como lugar de encontro, de transición ecolóxica... Outras deputación deberían tomar nota", dixo. Silvia Casorrán e a mobilidade "alternativa" A arquitecta Silvia Casorrán falou do concepto de mobilidade alternativa entendido como mobilidade activa, poñendo en cuestión o de 'alternativa' para os desprazamentos a pé xa que se trata da mobilidade que existiu antes que calquera outra. En relación á Facultade Ágora subliñou que é moi interesante como proposta conxunta para traballar a nivel técnico e político sobre o espazo público. Martín Barreiro e o Camiño Real Pola súa banda, Martín Barreiro, do Estudo Rurban formado con María Masaguer, tratou as mobilidades alternativas en contextos rururbanos como o das Rías Baixas. A súa conferencia estivo practicamente centrada nun caso práctico no que o seu estudo leva a traballar 10 anos no Morrazo, o Camiño Real que une Moaña e Cangas como unha vía alternativa para camiñar e ir en bicicleta á estrada para vehículos rodados. Sobre a Facultade Ágora Barreiro sinalou que se trata dunha iniciativa única e excepcional porque pon ferramentas para actuar ao alcance das persoas que toman as decisións. Fernando Nebot e o transporte colectivo Finalmente, o enxeñeiro e coordinador de contidos da Facultade Ágora, Fernando Nebot, falou sobre o transporte colectivo e puxo sobre a mesa que a distribución territorial dispersa que fai que as liñas regulares non sexan axeitadas, nin tampouco o aproveitamento do transporte escolar. Coa realización deste seminario sobre Mobilidades Alternativas fecháronse os dous primeiros bloques da Facultade Ágora, o do bo urbanismo, centrado na planificación dos espazos públicos, e o da boa mobilidade, no que se falou do tráfico necesario e de como debe ser a mobilidade para que as persoas teñan a prioridade nos seus desprazamentos. As clases retomaranse o 3 de setembro As clases retomaranse o 3 de setembro con visións máis plurais sobre o espazo público, falando dos diferentes hábitats e tamén introducindo a parte económica, comercial, as problemáticas sanitarias, infantil, de xénero e de persoas con discapacidade.
NOS_40621
O Obradoiro remontou un partido que de inicio se lle puxo difícil. Nunca perdeu a confianza e rematou gañando e achegándose aos 'play off'. O Madrid só fora derrotado tres veces nesta liga. Con esta vitoria, os composteláns xa gañaron aos catro combos españois que este ano disputaron a Euroliga
O Obradoiro Blusens Monbus de Moncho Fernández, un dos orzamentos máis modestos da liga, vén de lle dar toda unha lección ao Real Madrid de Pablo Laso, onde as contas non son un problema pois hai cartos a esgalla. E deulle a lección en casa, en Madrid, ante o público merengue. Os catro equipos españois que este ano disputaron a Euroliga perderon contra o Obradoiro. Os catro equipos españois que disputaron a Euroliga perderon contra o Obradoiro.Memorábel O Obradoiro nunca se rendíu, nunca. E tivo o seu premio: vitoria por 61 a 64. (Unha vitoria, e van quince, que sabe a gloria e que, o que é máis importante, achegan o equipo compostelá aos Play Off.Hummel, o xogador obradoirista, con 19 puntos e 7 rebotes foi todo un fortín, o protagonista do encontro. Inicio nada prometedor O inicio do partido non foi prometedor en absoluto. De feito, o Madrid meteu un parcial de 7-0 que fixo temer o peor aos siareiros composteláns e galegos. O primeiro cuarto finalizou con vantaxe madridista de 9 puntos. No descanso, porén, esa diferencia xa se tiña reducido (29-25). E ao final do terceiro tempo o Real Madrid só gañaba por tres puntos ao Obradoiro. E, finalmente, no cuarto tempo os do Obradoiro puxeron toda a carne no asador e gañaron, poñéndose moi pertiño dos Play Off.
NOS_40155
Entrevistamos a xornalista viguesa Noelia Otero Lago, candidata número 6 do PSdeG por Pontevedra.
—A baixa solicitude de voto exterior prognostica unha alta abstención. Queda tempo para mobilizar o electorado? Temos que reactivar o votante de esquerda que estaba activo en marzo. Nese mes percibíanse as inquedanzas de cambio que había na xente e tiñamos Feixoo cun pé fóra nas eleccións que se ían realizar en abril. Chegou a crise e Feixoo empregou o confinamento para facer campaña cun uso miserábel da CRTVG. Debemos desmontar na rúa esa idea de "campaña de boa xestión" que Feixoo vende de si mesmo mais que está lonxe da realidade. —Que fará o PSdeG se chega ao Goberno coa CRTVG? Como profesional da comunicación que traballei para a TVG dirixindo e presentando programas, sei do que falo. O PP ten amordazada a televisión galega e as e os seus profesionais. A situación é irrespirábel e o trato persoal e laboral que se dá ás e aos traballadores é indecente. O primeiro que hai que facer é cumprir coa Lei de medios e de transparencia, así como regular. Hai moita normativa europea importante que cómpre ter en conta sobre pluralidade nos medios, igualdade, como evitar o sensacionalismo no tratamento dos sucesos... —Como deu o paso da comunicación á primeira liña política? Vin coordinar o Laboratorio de ideas do PSdeG e para nada pensaba integrar unha candidatura e, aínda que non forme parte de ningún partido, son unha persoa claramente de esquerdas. O que si estou é convencida de dar este paso por dúas cuestións. A primeira é a confianza que teño en Gonzalo Caballero, pois é unha persoa que pode liderar o novo Goberno e ademais é o que precisa Galiza. A segunda cuestión é porque eu estaba moi farta e pensaba que, ademais de facer chíos, había que dar un paso adiante para dar un cambio político e acabar cos 11 anos nefastos do PP. Vivín ademais unha experiencia sanitaria de privatización, recortes, maltrato e impotencia co falecemento da miña nai no hospital Álvaro Cunqueiro hai 4 anos. Esta experiencia supuxo un punto de inflexión para dar este paso. As políticas de recortes son insoportábeis e non as merecemos. —Ve Caballero presidente? Absolutamente. É unha persoa formada nunha materia tan importante nunha reconstrución como é a economía e, ademais, é boa persoa, e isto é moi importante para estar en política. —Cal debe ser a primeira medida do novo Goberno para Vigo? Atender e querer Vigo, porque esta cidade sufriu un abandono absoluto nestes 11 anos. Vigo non existe para o PP e precisamos atender a sanidade e a educación. No meu barrio, por exemplo, levamos anos agardando a que haxa un instituto.
NOS_44314
O autor da primeira tese de doutoramento sobre a banda deseñada galega asina agora a obra Os pioneiros da banda deseñada galega. 1971-1979, da editorial Xerais.
"O que realmente observei", destaca Xulio Carballo, "era que non existía ningún traballo de investigación extenso sobre a banda deseñada galega, entón era necesario comezar a darlle unha visibilización para que se puidese dotar á BDG da altura cultural que se merece". Así explica o autor de Os pioneiros da banda deseñada galega. 1971-1979 por que decidiu escribir este libro, que vén de publicar Xerais. Na súa investigación, Carballo confirma que a aparición deste tipo de narración na Galiza non é fortuíta, senón que ten unha intencionalidade clara por parte de Reimundo Patiño e Xaquín Marín. "Cando comecei cos 70 dinme de conta de toda a potencialidade que había e de que realmente había unha consciencia de querer crear BDG cun obxectivo moi claro, que era ser partícipes do pobo galego a través desa nova cultura que xurdía: o cómic na Galiza", narra o autor. Así, na súa obra, estúdase a diferenza obvia entre o desenvolvemento dos cómics nos países europeos, cunha forte influencia norteamericana, e o caso galego, posto que eran tiras nunha lingua radicalmente excluída da prensa. Por isto, a obra tamén estuda a paulatina incorporación da BDG en medios como Teima, Axóuxere ou Vagalume. "Eu escollín estudar desde o 71, que é cando Xaquín Marín publica O emigrante, onde conscientemente se considera creador da BDG, até o 79, cando sae o fanzine Xofre, que xa marca un cambio de tendencia", explica Carballo. Este libro, ademais de comezar a abordar en profundidade esta área cultural, pretende servir para abrir camiño. Por isto, o autor afirma que "hai intentar avanzar nese aspecto, sexa eu quen o faga ou intentando crear espazos para que outras persoas sigan afondando niso".
NOS_38294
O país presenta excedentes no que atinxe á produción para forraxes, porén o millo para pensos ten aínda moito potencial.
Abril e maio son meses propicios para sementar o millo na Galiza, xa que, ao contrario doutros territorios nos que xa en marzo a temperatura do solo é óptima, aquí o arranque da primavera adoita ser frío. Estamos, pois, nun momento chave para ver se o cultivo deste cereal volve recuperar parte do terreo perdido. O argumento para facelo sería fundamentalmente económico. Segundo o índice de prezos dos alimentos elaborado pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), en marzo o millo subiu 19,1% o seu prezo a nivel mundial, o que afecta directamente ás forraxes e aos pensos para o gando, nomeadamente o vacún de carne e de leite. Como sinalaba nunha entrevista esta semana a a xefa do grupo de Xenética e Mellora de Millo da Misión Biolóxica da Galiza ─dependente do CSIC─, Rosa Ana Malvar, o país era antigamente "a rexión milleira por excelencia". Porén, actualmente ocupa o undécimo posto no Estado español no que atinxe á produción de millo para penso. Neste senso, Malvar sinala que, se ben o seu cultivo é posíbel en todo o país, os condicionantes climáticos farían que os ciclos fosen máis curtos, o que afectaría ao crecemento da planta e tamén ao tempo que ten o gran para encher. O Agro reclama da Xunta medidas para mobilizar terras cara á produción de trigo Materia pendente A Galiza ofrece vantaxes para o cultivo de millo como é o feito de que as plantacións pódense facer sen regadío pola cantidade de choivas, aínda que a experta do CSIC apunta que, nun ano seco como 2020, se non hai rega adicional, "a produción veríase moi afectada". A produción de millo para pensos é, pois, a materia pendente na Galiza, xa que, a diferencia do millo para ensilaxe (forraxeiro), do que o país é excedentario, no caso dos pensos aínda hai moito percorrido. Con todo, a decisión última e dos agricultores e das agricultoras, normalmente en función dos prezos. Se a Galiza quere ser ser autosuficiente, ao agricultor tenlle que compensar producir os produtos básicos. Se non lle compensa, irá a buscalos a mercados como o ucraíno ou, agora que o Goberno español eliminou ás restricións, a outros como o brasileiro ou o arxentino, con menos controis de calidade pero máis baratos. Con todo, no actual escenario de prezos altos, as expertas do CSIC consideran que o campo galego atópase ante a "oportunidade" de volver ser unha potencia de millo para a elaboración de pensos. Francia, onde existe un especial respecto por garantir o abastecemento das materias primas, debería ser, segundo elas, un exemplo a seguir. Axudas para sementar Tamén os sindicatos agrarios da Galiza defenden a necesidade de que o país teñan unha base propia de alimentación, para o que piden a complicidade das administracións en forma de axudas. Nesta liña, a Comisión Europea fixou dúas excepcións ─á diversificación de cultivos e ao mantemento de superficies de interese ecolóxico─ na normativa comunitaria da PAC, co que os agricultores poderán plantar millo sen pór en risco o acceso ao pago verde, unha axuda que remunera as prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente. Millo forraxeiro No caso do millo forraxeiro, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) vén de publicar o documento actualizado dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais deste cereal na Galiza. No mesmo, recomenda ter en conta á hora de elixir unha variedade o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona. Estes ensaios véñense facendo desde 1999 en terreos situados nas comarcas de Sarria, Trasdeza, Ordes e a Mariña Oriental. Pero non son as únicas. Na Limia, unha das zonas que se pode beneficiar da relaxación das restricións do Goberno español sobre terreos en barbeito, están a experimentar coa produción de millo en gran, un cultivo que, como sinalan as persoas investigadoras, constitúe unha alternativa "moi adecuada" após o da pataca.
NOS_17766
Desde o ton próximo da conversa o eu lírico achégase á convivencia coa nai que é, á fin, a convivencia de dúas formas de produción, dúas formas de transformar as vivencias persoais en obxecto artístico.
Arancha Nogueira suma un novo galardón, neste caso o XIII Premio Victoriano Taibo no ano 2021. Pode considerarse un recoñecemento á súa traxectoria, alén deste texto, porque nel se atopan varias constantes da autora, como algunhas referencias familiares desde a perspectiva da filla, o aproveitamento dos recursos de repetición e a naturalidade coa que insire a linguaxe das novas tecnoloxías. Obviamente tamén hai novidades. Respecto ao que tiña escrito e respecto ao tratamento dalgúns temas, non tanto en canto aos temas en si. Antese / Arancha Nogueira / Galaxia / 2022 / 12 euros / 84 páxinas A antese é o procedemento de floración das plantas. Metáfora potente para o título e que recolle moi ben o contido, mais que tamén se converte nun xogo de palabras interesante. O cuestionamento da proposición lóxica, do esperado (a anti-tese), máis eficaz aínda se temos en conta a condición científica do propio termo "antese" cando se emprega en botánica. Desde estas dúas ideas vertébrase a estrutura do libro, dividido nos tres meses da primavera seguidos da alusión á fase do abrollo: "marzo / primeiro abrollo", "abril / segundo abrollo" e "maio / terceiro abrollo". Pero falar de abrollos ou gromos e de fases ten outro significado desde marzo do 2020. Deste modo, e sen nomealo directamente nunca porque o que interesa non é a anécdota histórica, achégase ás experiencias interiores que comportan as clausuras, un outro modo de floración. Desde o ton próximo da conversa o eu lírico achégase á convivencia coa nai que é, á fin, a convivencia de dúas formas de produción, dúas formas de transformar as vivencias persoais en obxecto artístico. A nai, encargada do xardín, e a filla, encargada da escritura. Son tamén dúas formas de relacionarse cos medos que, malia semellar moi distintos, comparten os trazos da universalidade do íntimo e da somatización da marca de ser muller. O silencio "no silencio sempre hai algo de ameaza", o sentimento de culpa pola distancia xeracional ou a responsabilidade de non permitirse o descoido tecen as cordas destas funambulistas que viven "nunha tensión de mamíferas" á espera de atravesar a porta: "Somos dúas esperando un timbre". Mentres agardan, cada unha axusta as actividades das súas rutinas. A nai a través das flores. A filla, a través da multifunción na cháchara cun ti dixital, cando non é o "ti" da nai, e no encadeamento de accións diante dunha pantalla que son, á fin, encadeamentos dun novo modo de pensar. Flores terreais para unha e en forma de emojis para a outra, mais aínda así, flores iguais para dúas que se miran no mesmo espello.
PRAZA_12954
A Plataforma cidadá que leva anos criticando os proxectos de instalación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro organiza este domingo un roteiro que finalizará coa lectura dun manifesto a cargo de Manuel Rivas, e a actiación de Tino Vaz ou Leo i Arremecaghoná.
Os contos e lendas do Galiñeiro non teñen prezo. A gandería ecolóxica, os cabalos do monte e os curros de Vincios e de Morgadáns non teñen prezo. O lecer, os camiños, os subeiros, as pedras, as sombras, as augas, os estudos feitos e os que aínda se han facer, as illas ó lonxe, os poemas e os libros, o que perdemos e atopamos no Galiñeiro, nada de todo iso ten un valor calculable porque ese é un patrimonio común e natural que non se pode comprar nin vender, un patrimonio destas bisbarras, da Terra de Turonio, pero tamén de Galicia e mais da Humanidade. É un extracto do Manifesto que Manuel Rivas lerá ao remate da III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro, organizada pola Plataforma cidadá que dende hai anos busca protexer este espazo de distintas ameazas, a máis importante delas a instalación dun parque eólico nos cumes da serra. Desta volta o roteiro, titulado Rota da auga, percorrerá as zonas húmidas do Galiñeiro, remontando un dos principais cursos fluviais da Serra do Galiñeiro: o río Zamáns. A marcha rematará no Parque Forestal de Vincios, onde Rivas lerá o manifesto da Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro e os asistentes poderán gozar dun xantar popular coa comida que traia cada quen. Tamén haberá música e animación e poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Entre as actuacións artísticas asistiremos á lectura de poemas a cargo de Pepe Cáccamo, Iago Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez e Anxo Angueira a ás actuacións Musicais de Tino Baz, Cantareiras do Alba e do Leo e Arremecághona. A marcha rematará no Parque Forestal de Vincios, onde Rivas lerá o manifesto da Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro A Plataforma leva máis de dous anos traballando en contra deo parque eólico de 39 Megawatios (MW) que Terra de Vento S.L. plantea construír na Serra do Galiñeiro. Colectivos veciñais, ecoloxistas, o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) ou a Federación Galega de Montañismo denuncian o impacto que podería ter na riqueza medioambiental, paisaxística, arqueolóxica ou mesmo para o goce da escalada ou o montañismo. Blog da Plataforma
NOS_40834
Un escrito da Liga de Fútbol Profesional solicita o levantamento do embargo e avisa de que o clube coruñés quedaría fóra das competicións oficiais se non paga as débedas aos xogadores.
A Liga de Fútbol profesional (LFP) botoulle unha man a Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo da Coruña, posicionándose a prol do levantamento do embargo das contas que posibilitarían o pago das nóminas aos futbolistas. Un escrito remitido por Carlos del Campo, secretario xeral da LFP, indica que se o clube coruñés non exerce as súas obrigas laborais "será expulsado das competicións profesionais e resultará imposíbel a viabilidade do mesmo". Os salarios que constan na LFP son 11.627.525 euros desta tempada e 807.365 euros, pola rescisión de contratos. A LFP argumenta que estas cantidades teñen que pasar aos xogadores dentro desta mesma tempada A LFP argumenta que estas cantidades teñen que pasar aos xogadores dentro desta mesma tempada, antes do seu remate no mes de xullo de 2013. Caso de non realizarse o pagamento neste prazo o Depor quedaría expulsado das competicións oficiais. A única solución, segundo o secretario da LFP, sería o levantamento do embargo "para que o Deportivo poda seguir participando na competición profesional futbolística organizada por esta Liga". Primeira nómina Os xogadores da primeira equipa do Depor cobraron hai un mes a súa primeira nómina desde setembro. Daquela o clube pagou polo levantamento de varios embargos sobre ingresos nas contas de Riazor. Un deles procedía do operador televisivo Mediapro, propietario dos dereitos televisivos, e a cantidade 10,62 millóns de euros.
PRAZA_1146
A proximidade das eleccións municipais marca os actos do Día das Letras, no que Queremos Galego volveu saír á rúa. Feijóo nega o "conflito lingüístico" que el mesmo proclamou e o resto de forzas políticas instan a un cambio na política lingüística. Galería de imaxes no interior.
Como cada catro anos, este Día das Letras estivo, inevitablemente, ligado á campaña que dentro dunha semana desembocará nas eleccións municipais do 24-M. As mensaxes a respecto da lingua galega lanzadas por colectivos sociais, forzas políticas e mesmo institucións públicas tiveron, dun xeito ou doutro, encaixe na dinámica dos comicios e boa parte das candidatas e candidatos tomaron, por acción ou omisión, postura a respecto do idioma. Unha das principais citas do día foron as mobilizacións convocadas pola plataforma Queremos Galego, nesta ocasión baixo o lema O galego, garantía de futuro. A ausencia dunha única convocatoria provocou que a xa tradicional imaxe dunha multitude a prol da lingua polas rúas de Compostela fose substituída por unha multitude de imaxes dos oito actos -as sete cidades e Ribadeo- de menor dimensión que se desenvolveron dende media mañá e nos que foi posible ver a boa parte das persoas candidatas en cada localidade, agás no caso de forzas como o PP ou Ciudadanos. As de Vigo e Santiago foron dúas das mobilizacións máis concorridas e nas que participou un maior número de líderes políticos. Ao remate das marchas representantes de diferentes colectivos integrados na plataforma leron, baixo o intenso sol que acompañou a xornada, o manifesto no que instaron a defender e usar a lingua cada día, "non só o 17 de maio", xornada na que, di o presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, cómpre salientar que o "futuro" do galego pasa por un "cambio rotundo na política lingüística" da Xunta, a comezar pola derrogación do denominado decreto do plurilingüismo. Feijóo nega o conflito lingüístico que proclamou Mentres se desenvolvían as marchas de Queremos Galego en Pontevedra celebrábase o acto oficial do Día das Letras, dedicado a Xosé Filgueira Valverde e encabezado polo presidente da Xunta. Un lustro despois de proclamar que o país estaba inmerso nun "conflito lingüístico sen precedentes" Feijóo asegurou durante este acto solemente que en Galicia nunca "tiveron acollida entre nós as ideas tendentes a asociar idioma e conflito". "Hai, e é bo que as haxa, diferentes visións sobre leis, regulacións e normativas que se resolven democraticamente". Pero "na sociedade galega, a realidade do idioma nunca foi conflitiva, senón natural", asegura agora. Feijóo asegura agora que "nunca tiveron acollida entre nós as ideas de asociar idioma e conflito" O galego, di o presidente, "resoa nas fábricas e nas cátedras universitarias, nunha casa de aldea e no café onde se xunta a tertulia intelectual; está na rúa e no Parlamento", todo isto sobre un "pouso de amor ao idioma" que "é o código lingüístico que mellor expresa a nosa condición máis íntima". Nesta ocasión a celebraicón do idioma desenvólvese en torno a Filgueira Valverde, "un home digno, íntegro e que soubo cumprir co seu deber en circunstancias non sempre doadas". "Alí onde outros optarían polo ensimesmamento para preservaren o seu prestixio -eloxiou- el decidiu implicarse". Mensaxes das forzas políticas Mentres o PP facía público un manifesto no que, nun ton practicamente idéntico ao do seu líder, eloxiou o "plurilingüisom" e a "difusión do galego en liberdade" as forzas da oposición combinaron a aposta pola protección do galego coa crítica á política lingüística dos conservadores. Durante un acto do seu partido sobre o Día das Letras en Lugo o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, amosouse convencido de que "outra das pragas que trouxo o PP a Galicia, dende a Xunta e dende os concellos" foi "a da dereita acomplexada que renuncia ao noso, ao que somos", aínda que iso implique "perder un potencial social e económico fundamental para o noso país e a nivel internacional, o galego". Besteiro: "Outra das pragas que trouxo o PP a Galicia foi a da dereita complexada que renuncia ao noso" "Con Fraga, xa sen facer mención ao goberno de Touriño, neste país investíase no idioma tres veces máis do que o fai Feijóo en 2015" lembra Besteiro, para quen estas cifras son mostra dabondo do "comrpomiso do PP co noso idioma, co que somos". "Non investir no noso idioma e na nosa cultura non é unha opción", asegura o líder socialista, quen afirma que o PSdEG "invives en cultura baixo a premisa da tolerancia e do respecto" e "sen renunciar ao que é propio e noso". Mentres, lamenta, o PP exerce a "falla de aprezo e agarimo" polo galego. Vence: "Feijóo despreza o galego como nunca antes fixera un presidente da Xunta" Dende o BNG o seu portavoz nacional, Xavier Vence, expresou durante a manifestación de Queremos Galego en Vigo que o Día das Letras debe ser un "día de orgullo" polo "principal sinal de identidade do país". "O futuro de Galiza vai ligado á supervivencia do seu idioma", sinala Vence, quen agarda que tras o 24-M as novas corporacións asuman "compromisos claros co galego". Mentres o Bloque fai esta reivindicación, reprocha, "vemos en campaña un Feijóo que fai uso sistemático do español para dirixirse ás galegas e galegos, desprezando o idioma do país como nunca antes fixera un presidente da Xunta". Anova propón un decálogo de medidas para promocionar o galego dende os concellos Pola banda de Anova optouse por non organizar actos electorais e apelar a "deter un momento a maquinaria electoral" para "encher Galiza, concello a concello, de actos de compromiso coa lingua". A formación nacionalista difiundiu, asemade, un "decálogo de compromiso coa lingua" para aplicar dende o ámbito local e titulado Unha lingua para gobernar un concello. "A lingua galega é o texto en que se escriben os nosos compromisos colectivos", di o documento, e por iso "queremos que os concellos de Galiza se constitúan en motor dun novo proceso de normalización lingüística" que "pivote" sobre "os dereitos lingüísticos activos e pasivos" da veciñanza, a "conservación, transmisión e recuperación da lingua" e a "promoción pública do galego en todos os eidos da vida social e das actividades económicas".
PRAZA_1935
O Concello ferrolán inicia os trámites para esixir "responsabilidades" a Urbaser e ao goberno do PP pola xestión da EDAR, que "non depurou nin un só metro cúbico de auga" durante un ano.
A pasada semana o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, visitou por "sorpresa" a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Cabo Prioriño acompañado por dous técnicos municipais. Ao chegar, o rexedor comprobou o que resume afirmando que "todo era unha fraude". Segundo o goberno local que sustentan Ferrol en Común e PSdeG o "anuncio público" de que a infraestrutura xa "depurara un millón e medio de metros cúbicos" de auga, lanzado aínda co PP no goberno, non se correspondía coa realidade. "Todas as augas residuais foron verquidas sen tratar directamente ao mar", asegurou o novo gabinete, que este luns anunciou a súa aposta por elevar o asunto aos tribunais e, ao tempo, esixir "responsabilidades políticas" dos anteriores xestores municiapis. Nunha comparecencia coa tenente da Alcaldía, a socialista Beatriz Sestayo, o alcalde ferrolán explicou este martes que os servizos xurídicos municipais recomendaron agardar á celebración do Consello de Administración de EMAFESA, a empresa público-privada que xestiona o servizo de augas da cidade, "antes de acudir aos xulgados". Nesa xuntanza, prevista para o vindeiro mércores, indica, o Concello escoitará "as explicacións do socio privado", a empresa Socamex-Urbaser, filial do Grupo ACS, á que lle exporá os resultados definitivos das "análises da mostra de auga" recollida na depuradora durante a visita da pasada semana. O ditame "preliminar" desa análise xa "indica que o nivel de bacterias coliformes, indicativas de contaminación, é moi superior aos paŕametros permitidos". Tras unha visita "sorpresa" á depuradora o alcalde revelou que "non se depurou nin un só metro cúbico de auga" durante un ano Esta situación, segundo o goberno local, é resultado directo de que "ata xaneiro de 2015 toda a auga que chegou á EDAR para o seu tratamento, polo que o socio privado de EMAFESA cobraba unha taxa á veciñanza, saíu directamente por bypass a mar aberto". Dende xaneiro e "ata hoxe" só existiu "un pretratamento para apartar sólidos en momentos puntuais e de forma discontinua, en horario de 8 a 15 horas", cando a estación recibía o correspondente subministro eléctrico. "Bombear -evidencia Suárez- non é depurar e as responsabilidades non se poden eludir", di, nun contexto no que, lembra, existen varios espazos naturais na zona que son zonas protexidas. "Atopámonos ante unha situación que roza non só a neglixencia, senón tamén o posible delito ecolóxico", resalta. "Responsabilidade" do anterior goberno Despois de que, como informa Ferrol 360, a Xunta derivase ao Concello calquera responsabilidade neste asunto, Jorge Suárez advirte de que a actitude do Goberno galego non fai máis que apuntar "á antiga corporación, porque esta situación veuse dando durante un ano no que non se depurou nin un só metro cúbico de auga". "Os indicios son de que durante un ano se estivo enganando á cidadanía, porqeu se non eran quen de depurar a auga" o goberno local tería que ter "coñecemento" do que estaba a suceder. Por iso, enfatiza, "todas as responsabilidades van ser demandadas xudicialmente". A Xunta deriva responsabilidades ao Concello, o que para o goberno local non fai máis que apuntar ao goberno do PP Así as cousas, e á espera de determinar o inicio da vía xudicial o Concello de Ferrol "esixiralle ao socio privado que, en primeiro lugar, reintegre aos veciños a taxa de saneamento que xa foi cobrada" e que "se anule o vindeiro cobro, previsto para xullo e adiado por petición do goberno local". Ademais, afirma, "reclamaranse as destitución que procedan en Urbaser por unha xestión nefasta e a reformulación das relacións con EMAFESA", que "non informou ao Concello de que non se estaba a depurar a auga". No ámbito político Sestayo anuncia, asemade, que como deputada do PSdeG lle preguntará directamente no Parlamento á conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, "se lle requiriron ao anterior equipo de goberno local que cumprise coa súa obriga de inspeccionar a EDAR cada tres meses". "Ben por acción ou ben por omisión, a responsabilidades política do anterior goberno é evidente", asegura. Un mes despois da crise da auga A revelación de que a EDAR ferrolá estivo un ano sen depurar auga produciuse apenas un mes despois da crise que deixou sen auga potable máis de 100.000 persoas na comarca de Ferrolterra durante tres días. Naquela ocasión o eido meramente técnico mesturouse coa falta de comunicación da Xunta cara ao Concello e tamén das disfucións no labor de EMAFESA que, segundo o goberno local, "non comunicou absolutamente nada" da detección dos niveis de contaminación malia ser a Administración municipal quen posúe o 51% da empresa. Unha vez superada esa crise o propio alcalde de Ferrol mantivo nunha entrevista con este diario que o sucedido permitía "abrir unha nova vía" para unha posible "remunicipalización", a do "incumprimento do contrato". "Darlle toda a parte técnica a unha empresa privada fai que esteamos a mercé deles. Cunha xestión pública o control da salubridade, cando menos, quedaría garantido", aseguraba.
NOS_6507
O congreso fundacional sentou as bases da nova formación, que esta semana elixirá a súa nova dirección e para a que Artur Mas soa con forza.
Tres días de congreso fundacional para dar a luz ao Partit Demòcrata Català, a nova ferramenta nada das cinzas de Convergència, e que se define como independentista e partidaria dunha república catalá. Unha autoafirmación que por si propia exemplifica o enorme salto vivido na política catalá nestes cinco anos. Os herdeiros de CDC non se declaran nin nacionalistas nin soberanistas mais xa claramente independentistas. O Congreso comezou con sorpresa ao desbotar as bases as dúas propostas presentadas pola dirección: Mes Catalunya e Catalàns Convergents. Finalmente, e entre os nomes votados, impúxose o de PDC sobre outras opcións como a de Junts per Catalunya (a favorita de Mas e Puigdemont) ou Partit Nacional Catalá. Nova dirección e executiva Ideolóxicamente, o PNC sitúase no amplo carril do centro, sen entrar a especificar moito máis en detalle, optando así por se mover nos caladoiros tradicionais de CDC mais adecuados ao novo escenario político aberto polo procés. A refundación de Convergència ten no PDC a súa primeira etapa mais non a única. En breve decorrerá o primeiro congreso do Partid e nel elixirase a nova dirección. A proposta de Artur Mas dunha presidencia bicéfala saiu adiante, así como a dunha executiva de 12 membros, entre eles un coordenador xeral. O PDC é un parto da CDC, necesitada dunha mutación máis que dun simple cambio, após o desgaste da corrupción; mais que non quer limitarse a ser unha nova CDC, según as intervencións e discursos durante os tres días de congreso fundacional. Carles Puigdemont, na súa intervención no cónclave, dixo que "teño o encargo de encamiñar Catalunya cara a independencia". E nese obxectivo, engadiu, vai estar o recén nado PDC. Conversas Nas conversas que se están a ter estes días de cara aos novos órganos de dirección estarían as de Mas para integrar o sector que lidera Josep Rull, que ten ascendencia nunha parte das bases. O conselleiro de Territorio e Sostibilidade da Generalitat encarna o que se coñece como o 'sector socialdemócrata', un sector con presenza institucional (por exemplo, a presidenta da Deputación de Barcelona) e que é ben visto polos sectores renovadores. Desde Nació Digital apóntase tamén que as principais correntes renovadoras (Generació Llibertat, Reagrupament e Llibergència) están a ter contactos de cara a tantear as posibilidades de presentar unha candidatura conxunta
NOS_1274
Das primeiras orquestras que, na década dos 50, iniciaron certa viraxe pop á escena máis recente, a do ano pasado: eis o arco temporal ao que o crítico Fernando Fernández Rego dedica Unha historia da música en Galicia (Galaxia, 2019), case 900 páxinas do primeiro esforzo sistemático sobre a materia.
Nove anos de traballo -investigación, hemerotecas e máis de 250 entrevistas-, dos que os catro últimos foron de redacción e revisión, desembocaron nun volume organizado cronoloxicamente en 47 capítulos. "Esta estrutura depende do tema que se trate", explica o autor a Sermos vía correo electrónico, "hai capítulos sobre épocas concretas, outros sobre cidades, outros sobre movementos, outros sobre estilos...". Así, Fernández Rego (Ferrol, 1979) percorre o atlantismo punk da Coruña en grupos como Radio Océano ou Viuda Gómez e Hijos. A célebre e mitificada movida viguesa, de Resentidos, Golpes Bajos e Siniestro Total, tamén ocupa páxinas, como o fai o Bravú, Voces Ceibes e a Nova Canción Galega ou a máis descoñecida pero vizosa escena yeyé dos anos sesenta: Los Zuecos (Vigo), Los Spectrum (Ferrol) ou Los Murciélagos (Ourense). "O underground está moi presente, estudado polo miúdo e con paixón", sinala, "xa desde a década dos 80. A contracultura e os movementos subterráneos foron en Galiza focos principais e vitais da súa historia musical, xérmolo de grandes bandas e artistas". A xeito de proba debrúzase sobre os selos independentes figura en varios apartados da obra, de Lixo Urbano a Porno, de Discos da Máquina a Ferror, de El Beasto a Prenom. Mais esta Historia da música en Galicia 1952-2018 está ademais atravesada de relatos persoais dunha experiencia colectiva, de anécdotas concretas e historias verdadeiras difíciles de crer. Por caso, aquelas orquestras coas que comeza a investigación eran habituais nas prazas do norte de África. Algunha, como Los Españoles, chegou a editar discos no Xapón. E Los Zafiro, de Ferrol, triufaron en Londres da man dun ex mánager de The Beatles e tocaron no show de Benny Hill. Centos de bandas e artistas pasan polas páxinas do libro. "Analizo en profundidade os máis relevantes, pero por distintos motivos, non unicamente comerciais", expón Fernández Rego, "hai grupos que só gravaron maquetas e son capitais polo uso do galego, por seren pioneiros nalgún estilo, etcétera". Como pasan os principais fitos da cultura pop galega, que Fernández Rego sintetiza con certa reticencia pola "dificultade"de resumir: a xénese do pop en galego con Andrés do Barro, a normalización do galego na escena musical na actualidade, o impulso dos 80, o Bravú, e o movemento Galician Bizarre. "Facer esta viaxe foi apaixonante. Levei moitas sorpresas e descubrín moitas cousas", conclúe Fernández Rego, que dista de ser un recén chegado á crítica musical. Sinatura habitual de medios especializados estatais como Rockdelux ou Mondosonoro, antes de Unha historia da música en Galicia 1952-2018 dedicou biografías aos lucenses Los Contentos -Cuando Ríes. Los Contentos (Unos malditos pioneros del garage) (Xonix, 2014)- e a Do Barro -Andrés do Barro. Saudade (Lafonoteca, 2015), ademais de 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega (Toxosoutos, 2010 e, con Pablo Portero, Galicia en Clips (Volta, 2012). Nota: foto do crítico Fernando Fernández Rego.
NOS_28
O Movemento de Resistencia Islámica entrega en Exipto un documento a prol da recuperación da unidade contra Israel e chama a Al-Fatah e a Autoridade nacional palestina a dialogar.
Após anos de confrontación entre os dous grandes polos da resistencia palestina --Hamás e Al-Fatah--, o líder palestino e dirixente do Movemento de resistencia islámica, Salá Bardawil asegurou que a súa organización estaría disposta a iniciar un proceso de diálogo cara á conformación dunha "unidade fronte ao inimigo común" perante as vindeiras eleccións israelís. Neste sentido, todo apunta a que o partido da ultradereita Likud, ao que pertence o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, se presentará en coalición co sionista Yisrael Beitenu. Hamás explicou aos medios de comunicación que entregou en Exipto un documento en que recollen "unha estratexia global" cara á reconciliación entre ambas as dúas organizacións. Para tal fin, Hamás propón unha serie de mecanismos e agarda que a Autoridade Nacional Palestina --encabezada por Al-Fatah-- responda sen demora perante o que din, "a reconciliación do pobo palestino é unha necesidade urxente", á fin de frear o extremismo israelí. A decisión chega, despois de que o emir qatarí, Hamad bin Jalifa al Thani, realizase unha visita histórica a Gaza e emprazase a resistencia palestina a se unir. Cabe salientar que as relacións entre as dúas organizacións rachasen a comezos dos noventa após as negociacións desenvolvidas entre a Al-Fatah, liderado por Yasser Arafat naquela altura, e o goberno hebreo. Para Hamás os acordos adoptados entre ambas as dúas delegacións supuxesen un acto de "traición" ao pobo. Abbas afirma nunha entrevista que Palestina está formada por Cisxordania e Gaza, "o demais é Israel" O presidente Mahmud Abbas muda o discurso Porén, o avance cara á unidade que amosou Hamás confronta coas declaracións do presidente da Autoridade Nacional Palestina e membro de Al-Fatah, Mahmud Abbas quen asegurou nunha entrevista na cadea israelí Channel 2 que "Palestina está formada por Cisxordania e a Faixa de Gaza" engadindo "o demais é Israel". As palabras de Abbas reflicten concesións no seu discurso a respecto das históricas reivindicacións palestinas que exixen recuperar o territorio ocupado. Neste sentido, Hamás saiui ao paso das declaracións asegurando que foran feitas "a título persoal" aseverando que "ningún palestino aceptaría ceder o dereito do noso pobo a volver ás súas casas, pobos e aldeas dos cales foron desprazados".
NOS_37591
O servizo de limpeza das instalacións da USC, que estaba externalizado, pasou a xestión propia a comezos do pasado curso após ficar deserta a licitación porque non cubría os custos cun orzamento duns 8 millóns de euros. Porén, en mans agora da súa fundación, a universidade logra aforrar até 1,8 millóns de euros ao ano.
A limpeza das instalacións da Universidade de Santiago de Compostela (USC) era un servizo externalizado desde había anos, da man de Clece S.A. no campus da capital galega e de Limpezas San Froilán S.L. nas instalacións de Lugo, por un importe total que roldaba os 8 millóns de euros. Os contratos licitados entón vencían en abril e novembro de 2018, respectivamente, mais prevían a posibilidade de aprobar senllas prórrogas até agosto de 2021. Porén, primeiro Clece e despois San Froilán anunciaron, con anterioridade á expiración do contrato, a súa renuncia a esas prórrogas, alegando cuestións económicas ao entenderen que, con esas condicións e debido ás subas salariais previstas daquela, incorrerían en "perdas". Mais finalmente ambas as renuncias non chegaron a porto e a USC, após ficar deserta —a mediados de 2018— a licitación do novo contrato entendendo que as condicións fixadas non quedaban cubertas polo prezo de licitación, acordou con Clece e San Froilán unha modificación dos pregos para garantir a prestación do servizo até 2021. Estas novas prórrogas supuxeron un incremento do custo do contrato de 5%. Segundo as estimacións da propia universidade, nuns documentos consultados por Nós Diario, a opción de proceder a unha nova licitación en 2021 suporía un aumento considerábel do seu prezo: de 13,7%, no caso de reducir o cadro de persoal, ou de até 18,2%, se se pretendía manter o mesmo número de efectivos. Así, precisaríase perto dun millón de euros adicional en cada exercicio para poder afrontar o gasto e que o servizo fose viábel. Foi entón cando, chegado o novo equipo de Goberno á USC, optouse por estudar a viabilidade de ofrecer o servizo de limpeza a través dos medios propios. Mais... como podería materializarse este cambio de xestión? É aí onde entra en xogo a Fundación USC, entidade sen ánimo de lucro adscrita á universidade que, malia estar inicialmente orientada ao ámbito deportivo, foi reconvertida para poder prestar o servizo. En 2019 o equipo de goberno encarga a elaboración de senllos informes xurídico-económicos para estudar a viabilidade de internalizar a limpeza, cuxas conclusións chegaron ao ano seguinte; con todo, a irrupción da pandemia da Covid-19 botou o freo á operación debido á incerteza sobre o que acontecería nos meses seguintes e canto tempo duraría o confinamento. Isto motivou unha nova prórroga coas empresas concesionarias e o consecuente prexuízo para a USC, pois a pesar do fechamento das aulas tivo que seguir a abonar os importes previstos nos pregos. En maio de 2021, finalmente, a reitoría formaliza o encargo á Fundación. Redefinir os recursos Esta medida tiña por obxectivo realizar unha xestión máis eficiente do servizo, algo que a Universidade cría posíbel a través de medios propios, basicamente, por tres cuestións. En primeiro lugar, o aforro derivado de tratarse dunha entidade sen ánimo de lucro, pois ao licitar o servizo a unha empresa privada a USC tiña que abonar 21% de IVE polos gastos derivados do servizo. En segundo lugar, e ao fío desta cuestión, os organismos públicos non prevén nos contratos a partida do beneficio empresarial, que oscila entre 6 e 7% da licitación, polo que se engadiría esta contía ao aforro. E, finalmente, explica a este xornal o xerente da USC, Xabier Ferreira, redistribuíndo os recursos humanos dunha forma máis eficiente para facer fronte ao absentismo laboral, que coas anteriores empresas concesionarias roldaba 15% debido a que se trata dun sector altamente feminizado e con persoas traballadoras de avanzada idade. "Fomos reducindo as coberturas por absentismo porque non eran precisas, a través dunha maior mobilidade do persoal", sinala. Deste modo, redefiníronse os espazos e frecuencias de limpeza buscando unha maior eficiencia: "Non supuxo unha maior carga de traballo nin se reduciu o persoal, senón que as horas están mellor distribuídas e baixamos a intensidade de limpeza dalgúns lugares como os despachos de profesores, que xa non se limpan todos os días como reflectía o contrato anterior". "Era un modelo absolutamente ineficiente", precisa Xabier Ferreira O modelo anterior, externalizado, caracterizábase pola "falta de control", precisa Ferreira. "Era un modelo moi ríxido, absolutamente ineficiente. Á empresa éralle rendíbel porque a USC pagaba todo pasase o que pasase", engade. O persoal mantén as mesmas condicións laborais que coas licitacións anteriores e, aliás, unha paga complementaria por produtividade que corre a conta do considerábel recorte no custo da prestación do servizo. Agora, cando a internalización do servizo vén de facer un ano, a aposta pola xestión propia comeza dar os seus froitos. Segundo recolle un estudo elaborado polos economistas Miguel Vázquez Taín e María Bastida —ao que tivo acceso Nós Diario—, o custo real de execución é "significativamente menor" que a través da externalización e elévase até os 72.000 euros mensuais, isto é, uns 864.000 euros ao ano —excluíndo o aforro do IVE— e até 11,7% menos que o custo previo do servizo. Contando a non deducibilidade do IVE, a contía ascende a 1,84 millóns de euros por ano que a USC deixa de gastar no servizo de limpeza, "e que se poderán destinar ao realmente importante, a docencia e a investigación", defende Xabier Ferreira. Clece S.A. recorre a decisión na Xustiza Clece presentou un recurso administrativo contra a internalización do servizo a través da patronal das multinacionais do sector (Aspel), mais foi desestimado —incluídas as medidas cautelares que pedían retomar a concesión— polo Tribunal de Contratación Pública da Galiza. Mais a compañía acudiu á Xustiza tamén a título propio, un procedemento que continúa en vía xudicial. "Presentouse a demanda, contestouse e agora está pendente do trámite de proba", sinala Ferreira, que denota tranquilidade neste proceso argumentando que a internalización foi acorde á legalidade vixente. Nós Diario tentou contactar con Clece e Limpezas San Froilán para coñecer a súa opinión ao respecto, mais ao feche desta edición non se obtivera resposta ningunha.
NOS_5212
Dúas persoas eran usuarias da residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, que onte xa perdeu a outros tres residentes. Tres destas cinco pacientes non chegaron a ser trasladadas a centros hospitalarios, malia que non trascendeu o motivo.
A Consellaría de Sanidade comunicou esta noite o falecemento de sete novas persoas nas últimas horas por complicacións causadas polo virus Covid-19. Esta nova xornada negra fai que o número de vítimas na Galiza alcance as 976. Segundo as autoridades sanitarias, todas as persoas que finaron hoxe presentaban patoloxías previas, polo que eran doentes con un risco especial perante esta infección que tamén elevou o número de casos activos por enriba dos 10.000. Dous dos casos de hoxe tamén teñen relación coas residencias de maiores, un dos grandes focos de contaxio como se pode ver día tras día. En concreto, tivo lugar o pasamento dun home de 76 anos que vivía no centro Nosa Señora dos Miragres de Barbadás que estaba ingresado no hospital de Ourense e unha compañeira de 85 anos que morreu no propio xeriátrico. Cabe lembrar que no parte facilitado onte por Sanidade, xa se falaba de outras tres perdas de residentes na infraestrutura de Barbadás. Ao longo da xornada tamén finaron unha muller de 82 anos que era atendida no Complexo Hospitalario de Ferrol e un varón de 82 anos que ficaba no hospital de Pontevedra. Así mesmo, deuse conta dos falecementos de outros tres octoxenarios (dúas mulleres e un home, de 88, 86 e 80 anos, respectivamente) nos centros hospitalarios de Compostela, Vigo e Lugo. Con estas sete vítimas, o país alcanzou 976 falecidos desde a chegada da pandemia. Unha boa parte destas malas novas deuse no que se chama a segunda onda, que na segunda feira desta semana rexistraba o maior número de decesos nunha xornada. En concreto, finaron 21 persoas. Até a quinta feira da semana pasada non se superara a barreira das 900 mortes, polo que o ritmo de afección é bastante elevado. A primeira morte contabilizada na Galiza na chamada nova normalidade foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, pasaran case dous meses sen decesos relacionados coa pandemia.
PRAZA_20186
A CIG sinala que serán ao redor de 1.200 as instalacións que nos estarán dispoñibles nos hospitais durante o período estival e, ao igual que CC.OO, esíxelle ao SERGAS que funcionen con normalidade co obxectivo de reducir as listas de espera.
CIG e CCOO calculan que este verán o SERGAS pechará nos distintos centros hospitalarios galegos un número de camas semellante ao de anos anteriores. A falta de que a Consellaría de Sanidade faga pública a súa cifra oficial, a CIG sinala que serán ao redor de 1.200 as instalacións que nos estarán dispoñibles durante o período estival. O pasado ano o SERGAS ofreceu un cálculo de 936 camas non utilizables, cun pequeno descenso con respecto aos dous anos anteriores, unha cifra que foi posta en dúbida polas organizacións sindicais. A CIG sinala que serán ao redor de 1.200 as instalacións que nos estarán dispoñibles durante o período estival A Federación de Sanidade de CCOO critica a "teima" do SERGAS "en pechar camas, servizos e plantas de hospitalización", ademais de "manter inoperativos numerosos quirófanos". O sindicato insta a Consellaría a aproveitar a época estival para reducir as listaxes de espera hospitalaria, e pide que entre xuño e setembro se funcione "a pleno rendemento", para acadar este obxectivo e mellorar o servizo. Pola súa banda, a CIG alerta de que algúns peches -que xa están sendo comunicados polas distintas Xerencias das Áreas Sanitarias- se prolongarán ata o mes de outubro. Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, é "especialmente rechamante" o caso da área sanitaria de Vigo, "unha das que ten as máis longas listas de agarda". Abuín critica que "se manteña o Hospital do Meixoeiro case desmantelado, con unidades pechadas permanentemente e que agora se incrementa co peche das unidades que están en activo". De feito neste centro hospitalario, que ten un total de 343 camas, o número das pechadas vai ser maior que o das que van permanecer abertas, que serán só 163 (o 47,52%), sinala o sindicato. Para María Xosé Abuín, é "especialmente rechamante" o caso da área sanitaria de Vigo, "unha das que ten as máis longas listas de agarda" Para a CIG-Saúde, "estamos diante dun peche patronal no que o conselleiro, que actúa como Xerente desta empresa, só utiliza o argumento de que isto vén motivado polas vacacións do persoal". Abuín salienta que "as traballadoras e traballadores só gozamos dun mes de vacacións, non catro, e que só ten que mirar o número de persoas que están inscritas nas listaxes de contratación para comprobar que hai relevo abondo para contratar en ausencia do persoal que marcha de vacacións". Para o sindicato, "se non se pechasen camas e se contratase este persoal estariamos mellorando, aínda que sexa temporalmente, os datos de desemprego, facilitando que, cando menos, este persoal puidera ter un contrato de catro meses". Redución das listas de espera CC.OO fai fincapé na posibilidade de reducir as listas de espera no verán, unha demanda que o sindicato vén realizando nos últimos tres anos. A central calcula que se reducían en vinte mil persoas se os servizos hospitalarios funcionasen con normalidade durante o verán. Isto explícase pola menor incidencia das doenzas respiratorias, o que desconxestiona servizos como as urxencias. Neste senso, a Federación de Sanidade de CCOO propón que o SERGAS "habilite todas as camas e poña en funcionamento no verán todos os quirófanos e servizos centrais -radioloxía, laboratorios e demais-, non só para urxencias". Ademais, esixe a substitución das horas extras en forma de peonadas -na atención especializada- ou voluntariedade -na Atención Primaria- por contratos para persoal que está no paro ou forma parte das listas de contratación, co que tamén se crearía emprego. CCOO calcula que se reducían en vinte mil persoas se os servizos hospitalarios funcionasen con normalidade durante o verán O número total de camas hospitalarias nos establecementos sanitarios do SERGAS vén reducíndose dende o regreso do PP ao poder no ano 2009. Das 9.863 camas que nese ano había en funcionamento, pasouse a 9.126, un descenso de 737. O número de camas en funcionamento por cada mil habitantes reduciuse das 3,6 ás 3,34, lonxe dos estándares europeos (ao redor de 5 camas por cada mil habitantes) aínda que por riba da media española (2,96), tamén en descenso na última década. En varias ocasións o Goberno galego xustificou o descenso das camas operativas en que estas xa non son tan necesarias "como antes". Así o fixo en 2014 sinalando que "o recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes" nin "determina o grao de eficacia do sistema", destacando a importancia crecente dos hospitais de día ou da cirurxía ambulatoria e argumentando que "a hospitalización achega pouco valor e alto gasto". A situación en Lugo e Compostela "Un ano máis as axendas de consultas por enfermidade estarán pechadas ata o remate das vacacións, aumentando as listas de espera daquelas especialidades que se ven afectadas polo peche de camas" No Complexo Hospitalario de Compostela (CHUS) van pechar este verán 180 camas, das cales 138 corresponden ao Hospital de Conxo e as restantes 42 no Hospital Gil Casares, segundo datos comunicados pola Xerencia. A Comisión de Centro do CHUS denuncia que "como consecuencia disto un ano máis as axendas de consultas por enfermidade estarán pechadas ata o remate das vacacións, aumentando as listas de espera daquelas especialidades que se ven afectadas polo peche de camas (dermatoloxía, cirurxía xeral e dixestiva, oftalmoloxía, uroloxía, pneumoloxía e traumatoloxía)". "Non hai ningún argumento que xustifique estes peches. O que fai a Xerencia é condenar os cidadáns a non ter unha asistencia digna pola redución das prestacións sanitarias, e condenar ao mesmo tempo ao paro a un gran número de traballadores", engade. "Os/as doentes rara vez estarán ingresados na Unidade que corresponda á súa especialidade, nin tampouco para os/as profesionais é doado" De igual xeito, dende Lugo CIG-Saúde denuncia os peches previstos no Hospital Lucus Augusti (HULA): "unidades co cento por cento de ocupación ao longo do ano son pechadas sen consideración ningunha, sen ter en conta a necesidade da poboación e dende logo moito menos as necesidades do persoal". "Os/as doentes rara vez estarán ingresados na Unidade que corresponda á súa especialidade, nin tampouco para os/as profesionais é doado, cun cadro de persoal sen apoio ningún, facerse cargo de multitude de especialidades mesturadas, con protocolos e necesidades moi diferentes", sinala o sindicato. "Nunha época onde prima a alta especialización, o control dos rexistros, a seguridade dos/as doentes resulta que o SERGAS o que fai como política de bandeira é mesturalo todo, para que tanto doentes como profesionais se sintan o peor posible", conclúe.
PRAZA_5356
Este sábado celébrase na Coruña a gala dos Premios Mestre Mateo, que será retransmitida en directo pola TVG e conducida por Roberto Vilar. Falamos con Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual. Audio no interior.
"Outros anos podíamos dicir que neste día celebrabamos a nosa festa, pero este ano eu non diría que esta é a nosa festa, diría unicamente que é o noso lugar de encontro. Onde imos tentar por unhas horas pasalo máis ou menos ben, vendo o que fixemos e o que lle podemos ensinar ao público. Porque o sector, que non deixa de ser un reflexo do país, está a pasalo moi mal, hai moitísimo paro". Falamos con Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual, un día antes de que na Coruña se celebre a gala dos Premios Mestre Mateo, que será retransmitida en directo pola TVG a partir das 22 horas. A gala, que se celebrará no Palexco, será conducida por Roberto Vilar. Nesta edición, segundo destacou o humorista, "quéreselles dar aos telespectadores o protagonismo do que poucas veces gozan", e para iso a retransmisión contará coas intervencións en directo dunha familia, que dende a súa casa comentarán cómo ven a gala, qué lles parecen os premios e as intervencións dos premiados e premiadas. "Calquera cousa que se faga por Pico nunca vai estar á altura do que el merecería", destaca Mourelos, "imos facer algo moi sinxelo, porque pensamos que é así como a el lle había gustar" Mourelos tamén fixo fincapé na importancia do público: "a gala vai ser moi sinxela, porque non están os tempos para outra cousa. Vai ir dedicada ao máis importante que temos, ao público, dicíndolles: mentres sigades estando aí, vendo as nosas películas e series, haberá audiovisual galego, e haberá persoas que conten historias". Na gala haberá tamén "momentos moi emotivos", sobre todo o dedicado a Xosé Manuel Olveira Pico, falecido hai uns meses, como pasou na entrega dos María Casares, onde recibiu unha inesquecible ovación. "Calquera cousa que se faga por Pico nunca vai estar á altura do que el merecería", destaca Mourelos, "imos facer algo moi sinxelo, porque pensamos que é así como a el lle había gustar". O presidente da Academia tamén adianta que haberá tamén un recordo á celebración dos 25 anos da estrea das primeiras longas galegas: Sempre Xonxa, Urxa e Continental. A situación do sector Non foi un bo ano para o audiovisual galego, como para case todos os sectores da cultura. "O que hai é que o hai, máis ou menos imos existindo, pero a custa de moito esforzo e de moitos sacrificios", destaca Mourelos, que salienta que "o sector necesita xa non digo unha aposta da administración, senón simplemente un mínimo de sentido e sensibilidade cun sector que está sendo desmantelado". "O sector necesita xa non digo unha aposta da administración, senón simplemente un mínimo de sentido e sensibilidade" Mourelo sinalou especialmente os prexuízos causados polo incremento do IVE: "O IVE está a facer moitísimo dano. Non vou dicir que sexa o culpable de todos os malos, pero está claro que repercute moi negativamente. Que a TVG teña que abonar o IVE en producións nas que antes non tiña que facelo, repercute na TVG e, directamente, no sector". E reclamou "unha maior aposta pola TVG". "Non creo" -dixo- "que haxa que cargar sobre ela a responsabilidade de que siga sendo o gran motor do audiovisual galego, pero é necesario que a TVG estea apoiando o audiovisual: o cinema e o audiovisual". Con todo, Mourelos chama atención sobre o feito de que a pesar da crise "hai cousas moi positivas, hai xente que está apostando por novos formatos, contando historias a través de webseries ou videoclips", pero ao mesmo tempo reclamou que "non lles quitemos espazos e ocos á xente que está empezando, á xente que ten moitas ganas de contar cousas e de contar historias. Non lles podemos ir reducindo as súas opcións, para que fagan documentais ou webseries, porque teñen pouco custe. O futuro pasa por darlles ás novas xeracións espazos para crear". "Non lles quitemos espazos e ocos á xente que está empezando, á xente que ten moitas ganas de contar cousas e de contar historias" Finalmente, en canto á situación específica da Academia Galega do Audiovisual, Mourelos subliñou que "teño poucas cousas que criticarlle á administración. O trato do Concello da Coruña, da Deputación, de AGADIC ou da Xunta é moi bo dende hai un tempo". E engadiu que "case teño máis cousas que reprocharlle ao sector, temos que facerlle ver a importancia de estar unidos e facer presión. Hoxe na gala haberá 900 persoas do sector e só 100 ou 150 forman parte da Academia". Uns Mestre Mateo moi repartidos As candidaturas están moi repartidas entre as distintas producións A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer o pasado 24 de febreiro os nomes dos finalistas aos XII Premios Mestre Mateo. As candidaturas están moi repartidas entre as distintas producións, entre as que destacan os catro filmes nomeados na categoría de mellor longametraxe: El árbol magnético, Inevitable, Somos xente honrada e 9 ondas. Os filmes ou series con máis candidaturas son, no entanto, Somos xente honrada (13), Era Visto! (9), Luci (8), Salgadura (7), Inevitable (6), Encallados, Gran Hotel e Todos os Santos (5). Por riba de todas destaca, iso si, a longametraxe Somos xente honrada, con 13 posibilidades de premio, entre elas nas categorías principais de mellor película, mellor dirección (Alejandro Marzoa), mellor guión (Miguel Ángel Blanca, Juan Cruz e Alejandro Marzoa), mellor actor protagonista (Miguel de Lira), mellor actor de reparto (Ricardo de Barreiro). A gala servirá tamén para homenaxear a Manolo González, que recibirá o Premio Fernando Rey, o galardón de honra da Academia Galega do Audiovisual A gala servirá tamén para homenaxear a Manolo González, que recibirá o Premio Fernando Rey, o galardón de honra da Academia Galega do Audiovisual, que hai unhas semanas denunciaba en Praza que "Non hai política audiovisual. E non creo que sexa unha cuestión ideolóxica, é ignorancia simplemente". Criticou tamén que "a industria nunca creu no propio país e nunca apostou polos actores e directores do país, nunca apostou polos proxectos de aquí" e chamou a atención sobre a necesidade de "tender pontes" entre o mundo do audiovisual e o mundo do ensino.
NOS_42572
Os aeroportos galegos volveron superar a cifra de 5 millóns de viaxeiros grazas os novos récords históricos de Lavacolla e Alvedro e a pesar da caída de Peinador.
Máis de cinco millóns de persoas pasaron en 2019 polos aeroportos galegos. En concreto, o número de viaxeiras transportadas desde as tres terminais do país ascendeu a 5.268.457 persoas. Lavacolla, cun incremento de 6,5% foi con diferenza o que máis tráfico rexistrou. Pola súa terminal pasaron no exercicio 2.903.427 pasaxeiras, superando o seu máximo histórico. Con todo, a terminal que máis creceu foi a coruñesa de Alvedro, que tamén bateu en 2019 o seu récord histórico. Cun crecemento de 10,5%, o aeroporto fechou o ano con 1.352.583 viaxeiras transportadas, segundo os datos publicados onte polo xestor aeroportuario Aena. A nota negativa púxoa o aeroporto de Vigo. A terminal de Peinador perdeu 10,4% do pasaxe que movía hai tan só un ano. Non sen dificultades, puido rematar o exercicio por enriba do millón de viaxeiras, concretamente 1.012.447. Estatística de decembro No que atinxe ás estatísticas do mes de decembro, a tónica é moi semellante. Lavacolla transportou 209.402 pasaxeiras, o que representa 4,5% máis que no mesmo período do ano anterior. Alvedro mantivo o seu crecemento a dobre díxito. En decembro pasaron pola terminal coruñesa 102.758 persoas, 12,6% más que en 2018, mentres que Peinador rexistrou 67.748 pasaxeiros no último mes do ano, cun descenso de 17,1% respecto ao exercicio anterior.
NOS_54772
A demanda de atención psicolóxica medra e evidénciase a escaseza de recursos no sistema sanitario público. 'Nós Diario' conversa coa psicóloga Socorro Rodríguez Holguín.
Alén da que se refire aos contaxios da Covid, hai outra vaga que está a medrar no país por mor da pandemia: a "psicolóxica". O estrés e a ansiedade son dous factores que condicionan o día a día de moitas persoas, en especial das crianzas e as persoas maiores. O Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza organiza do 22 ao 24 de febreiro a terceira edición do ciclo 'Tempo da Psicoloxía', desta volta artellado en base aos efectos da pandemia sobre a saúde mental. O acceso a esta actividade, que se desenvolverá a través da plataforma Zoom, é de balde e sen inscrición previa (até un máximo de 500 asistentes). A pandemia afecta o conxunto da sociedade, mais en especial as persoas maiores e a cativada "As e os mozos, tanto cativos como adolescentes ou mesmo universitarios, poden ver afectado o seu desenvolvemento porque están nunha etapa vital na que a socialización entre iguais é imprescindíbel e agora está restrinxida", afirma a este xornal a coordinadora do evento, a psicóloga Socorro Rodríguez Holguín. Tamén as anciás e anciáns padecen especialmente as consecuencias do illamento social: "Varía en función da persoa, de se é dependente ou autónoma, mais a todas lles afecta ollar cara ao futuro. Hai un mes diciamos que había que sacrificar o Nadal para poder celebrar os vindeiros, e é unha boa mensaxe, pero un home ou muller de 90 anos pensa que non vai ter máis festas, e o único que quere é ver ás e os seus netos", argumenta. As secuelas da Covid Rodríguez Holguín considera que, "agora que vemos a luz ao final do túnel", cómpre pór o foco sobre a saúde mental: "A crise sanitaria rematará e a economía, malia que tardará un pouco máis, recuperarase, mais o malestar psicolóxico perdurará no tempo porque depende en boa medida das dúas anteriores. E isto afecta, en maior ou menor medida dependendo de como o afronte cada persoa, ao conxunto da sociedade", sostén. Neste senso, a psicóloga lembra a recesión económica de 2008, que provocou que moita xente "mudase radicalmente o seu modo de vida", algo que, ao seu xuízo, acontecerá novamente. "Os efectos da pandemia serán prolongados, máis aló da saída directa da crise sanitaria", relata. Falta de recursos na Sanidade públicaRodríguez Holguín detecta un aumento da demanda de atención psicolóxica durante a pandemia, en especial dos servizos privados, "non porque a xente os prefira, senón porque non ten máis remedio". Neste senso, salienta a falta de profesionais e as longas listas de agarda: "Levamos anos demandando servizos psicolóxicos na Atención Primaria", expón.
PRAZA_7944
O documento, que se pode descargar libremente, conta coa colaboración dunha ducia de expertos.
O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) vén de presentar o seu Annual Report, que chega á súa sexta edición. Baixo o titulo de Un mundo varado na crise, conta cunha vintena de artigos que analizan a actualidade dos procesos xeopoliticos en todo o planeta grazas á colaboración dunha ducia de expertos. O documento completo pódese descargar libremente nun pdf. O informe salienta que no 2013 "os países ricos e desenvolvidos seguirán inmersos no estancamento ou case; os países emerxentes, pola contra, poden experimentar novos avances que repercutirán nun reducido alivio das cifras do crecemento global pero sen introducir ao cabo variacións de alcance". E engade que "en paralelo, a activación de novos fluxos de relación circundando ao mundo desenvolvido, entre países de América Latina e Asia, de África ao Medio Oriente, etcétera, irán conformando unha realidade nova, con dinámicas xenuínas que tarde ou cedo trasladarán o seu impacto ás reticentes e anquilosadas estruturas do sistema económico e financeiro global obrigando a unha actualización das correlacións de forzas". Faise fincapé igualmente en que "coa UE pendente de si mesma, a relación Estados Unidos-China gañará dimensión global. A competición entre Washington e Pequín afondará os inevitables conflitos de intereses a pesar da paralela importancia dos seus vínculos económicos e o esforzo por sinalar áreas comúns que amortezan a natural pugna entre a potencia establecida, pero en declive, e a ascendente". Tamén se destaca que "ás portas de 2015, os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, concibidos pola ONU en 2000 para propiciar un salto elemental en indicadores básicos da calidade de vida dos millóns de persoas menos favorecidas, están mais caídos no esquecemento ca nunca". Listaxes de artigos Europa: austeridade e parálise De Siria á post Primavera árabe EUA: conxurando o declive Novas elites no PCCh Liderados, rumbos e tensións en América Latina Conflitos nos mares da China Alemaña e Europa: Merkel ao desencontro Israel e Irán: eleccións baixo tensión Luces e sombras do milagre angolano As novas apostas exteriores de América Latina: de Asia a Oriente Medio De volta ao partido de Estado: o México de Peña Nieto e o "fin do mundo", segundo os maias (Luciano Concheiro) A Unión Africana, 10 anos de proxecto panafricanista (María Ángela Tous Sansó) Xapón: Cambio político en 2012 e perspectivas para 2013 (Masashi Oki) Algunhas crises na Europa. Unha reflexión antes da viraxe de rumbo (Ánxelo Gonzalves Vicente) O desxeo do Ártico. Punto de partida para a disputa da rexión (Marcelo J. Reyes) Os pobos ábrense paso (Xabier Macías) O G-20 e os paraísos fiscais (Roberto Montoya) Pobreza e dilemas da axuda ao desenvolvemento (Pedro Ramiro) O futuro enerxético do planeta (Xoan Doldán) Os islamismos fronte á democracia (Roberto Mansilla) Descarga nesta ligazón o informe completo
NOS_48347
O BNG avanza que fará do debate sobre o estado da nación unha "confrontación de modelos" e que non contribuirá, dixo o seu portavoz parlamentar, a facer da Cámara "un circo e un espectáculo".
O voceiro do Bloque no Parlamento galego, Francisco Jorquera, avanzou esta segunda feira en conferencia de imprensa cales serán os eixos arredor dos que xirará a súa intervención no debate do estado da nación. Así, o portavoz parlamentar nacionalista asegurou que promoverán a confrontación dos modelos que representan BNG e PP ao tempo que subliñou, non contibuirán á "estratexia" do presidente da Xunta que, dixo Jorquera, "conduce á irrelevancia política de Galiza" facendo do goberno da Xunta "unha xestoría" de Madrid. Jorquera: "Feijóo conduce á irrelevancia política de Galiza converténdoa nunha xestoría de Madrid" Pois para o grupo parlamentar do Bloque, sinalou Jorquera, Alberto Núñez Feijóo pretende facer do poder lexislativo "un circo e un espectáculo" razón pola que, din, promoverán un "debate serio e rigoroso". Inconstitucionalidade do re-pago farmacéutico nos hospitaisNeste senso, salientou o voceiro do BNG, a súa formación procurará visibilizar que as políticas do PP son "ruinosas" para Galiza. "Faremos escoitar na Cámara a voz da rúa e dos problemas" das maiorías sociais, sinalou Francisco Jorquera. Neste senso, avanzou que o seu grupo exixirá a presentación dun recurso de inconstitucionalidade ao re-pagamento de fármacos hospitalarios que vén de aprobar o executivo de Alberto Núñez Feijóo. Unha medida, denunciou Jorquera, "antisocial" que se suma a outros "re-pagamentos" como o dos comedores escolares ou dos medicamentos a pensionistas. Así mesmo, @s nacionalistas amosáronse moi crític@s pola suba dos carburante logo da aprobación do denominado "céntimo sanitario". Fracisco Jorquera tildou a medida de "regresiva" e asegurou que reflicte a estratexia do Partido Popular toda vez que gravan con "impostos indirectos" as rendas do traballo en troca de, como defenden desde o BNG, "que pague máis quen máis ten". "Non agardamos nada de Feijóo"En comparecencia de imprensa o portavoz parlamentar do Bloque recoñeceu "non agardar nada" do presidente da Xunta no debate que comezará esta tarza feira e que se prolongará até o vindeiro 17 de outubro. De Feijóo, dixo, "non se pode agardar nin unha má palabra nen unha boa obra".
PRAZA_9315
"El ensinoume a taparme". Celso Fernández Sanmartín explica, con palabras coma estas, as imaxes que poboan o seu poemario 'A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez' (Apiario). Unha obra "feita en loita coa luz que o comeu"
"El ensinoume a taparme". Celso Fernández Sanmartín explica, con palabras coma estas, as imaxes que poboan o seu poemario 'A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez' (Apiario), que vén de presentar no marco de Escenas do Cambio. Unha obra "feita en loita coa luz que o comeu". A partir do ollar á vella cama do avó desmontada, metonimia da súa perda, que é tamén a ausencia das súas palabras. E do seu saber "levar a vida". Fernández Sanmartín respondeu por correo electrónico as nosas preguntas sobre este libro, que merecerían, talvez, ser dispotas en verso. Porque son coma a obra que lles deu orixe. A beleza na palabra xusta. No dicir que nos toca. Desde ese xeito do real que son os afectos.Xa advirtes no limiar que neste libro non queres dicir nada distinto de cama. E esa cama é a de teu avó, un moble sobrio que agora está desmontado. Por que decides escribir un poemario a partir da imaxe da cama do avó? Cantas cousas paradas deixa unha persoa… A cama foi unha delas. Meu avó non tiña moitas. Cando a vista se pousa en algo queda ás veces pegada coma unha semente ó chan. Esa cama é unha metonimia, unha parte del que me leva ó todo del a onde eu puiden chegar e pórlle palabras e espazos en branco."Esa cama é unha metonimia, unha parte del que me leva ó todo del""Estou en escribir este texto/ ando nel". Un texto de poucas palabras, "Escolleitas/ coma sementeira". Este poema reivindica ou polo menos enuncia, dalgún xeito, a sinxeleza: a procura da palabra xusta (a palabra que toca). Que ten este libro, tamén, dunha reivindicación dun xeito de facer poesía? (Poesía do real...).Por suposto que o ten. Ata a versión definitiva dun poema ou dun poemario, hai un traballo de baleirar máis que de encher. A auga espella e é bonita, pero hai que chegar ó fondo do tanque. Só vendo o lugar que acolle a auga sabe o lugar que ocupa cada palabra, porque as palabras son secas e os discursos son húmidos. Eu, máis que falar do real, falaría de apego ó que tes ó carón, a quen tes ó carón."Eu, máis que falar do real, falaría de apego ó que tes ó carón, a quen tes ó carón"Falando de palabras que tocan, introduces nos versos palabras que parecen, tamén, reais, do avó. De calquera avó. "Come, come un bocado/ chegha ben para os dous", por exemplo. Que importancia ten neste poemario a memoria da palabra do avó? Por que a memoria é incompleta, rabuda e agochada, coma a cama da lebre no monte?Non quero facer unha tradución dun poema, penso que non se debe redundar, como ofrecendo unha explicación coloquial. Non quero porque priva a quen o le do efecto propio, da chispa en cada cabeza."Desde hai moito tempo, tamén polo labor de recolleita de memorias orais, teño devoción pola palabra de cada quen"Eu, desde hai moito tempo, tamén pola labor de recolleita de memorias orais, teño devoción pola palabra de cada quen, e sobre todo pola construción que fai coas palabras, pola sintaxe peculiar de cada quen.A memoria pódese gardar en cada apartado segundo os sentidos que teñamos activos no corpo, pero sempre a memoria garda o que dalgunha maneira é significativo para o relato persoal. Ás veces un dito ou unha frase na boca dalguén queda acordando, e é un monumento á persoa lembrada."Cedo", "Unha", "Dúas" e "Tres" dividen, dalgún xeito, o poemario en partes. Aínda que hai case máis continuidade ca división. Podes explicar un pouco esa estrutura do poemario?Esas foron os tempos nos que fun parindo o poemario.En 'Tres' está máis presente a propia cama, na que ti mesmo te deitabas, por enriba da colcha, cando aínda estaba montada. Supoño que o deseño de Mauro Trastoy para o libro (a portada) colleu esta idea. Que pensas ti do deseño e das fotos (de Fer García) do libro?A Fer García leveino da mau diante da colcha e diante da cama, e el como bo profesional materializou nesas imaxes a miña ansia pola colcha e a cama. El traballou con toda a concentración para darme o gusto de ver nas súas fotos os meus poemas."Radiante, calado e pobre/ con soluciós para todo/ para aceptar para rebulir pouco/ para estar consigo". Este e outros poemas falan do saber do avó. Do saber e do saber vivir, supoño. Por que?Porque el sabía levar a vida."Cando el faltou/ desluciuse a luz". É evidente que todo o poemario fala da ausencia, da perda (do avó). E a expresión desa perda pasa, moito -claro- pola emoción. É un pouco iso co que che gustaría que quedase o lector? Espero que non só, porque non fixen o poemario coma unha máquina de emocións, senón coma pelo de lebre, que é quente como a lebre e é frío como a neve. Fixen os poemas en loita coa luz que o comeu."Fixen os poemas en loita coa luz que o comeu"A terra, a neve, a auga, o sol, a lebre, os paxaros. Son imaxes que se repiten. É normal, porque estamos a falar do rural galego. Mais hai, tamén, unha escolla (poderían ser outros animais, por exemplo). Por que eses elementos? (E en especial a auga, nas súas distintas formas, e o sol).Sen auga non somos nada, sen sol tampouco. El xa non bebe máis auga nin lle dá máis o sol, pero no meu acordo el ensinoume a beber por unha verza e a facer as presas e a levar a auga, e ensinoume a taparme."El ensinoume a beber por unha verza e a facer as presas e a levar a auga, e ensinoume a taparme"El tiña unha pel moi fina nas maus, morenas do sol e do frío. As maus, a cara e o pescozo eran o único moreno que tiña. Tamén cando estivo de panadeiro na Habana eran o único moreno que tiña. El valía para ser unha persoa de cidade, pero tiráballe moito o resto. El andaba coas estaciós.Hai unha pequena mención á volta do avó, labrego e xastre, da guerra. Enlaza despois este poema co monte que arde, os eólicos... En realidade, non nos contas moito do avó. E dese xeito pode ser o avó de calquera de nós. Era a idea? (Digo tamén porque, aínda que se cadra non sexa o obxectivo do texto, pode favorecer lecturas políticas, pero só se deixan caer).A creación dun poemario non é intencionada, ou só é intencionada no desexo que pos, pero non é intencionada en que teña que ter un tanto por cento de dados biográficos, ou outro tanto por cento de calquera outra cousa…"A poesía é unha sorte que se dá ou non se dá nun esforzo e nun determinado estado do ánimo"Tampouco me propuxen agochar nada, nin construílo para que na inconcreción puidese caber calquera avó. Ese foi o resultado, porque a poesía é unha sorte que se dá ou non se dá nun esforzo e nun estado determinado do ánimo, e ti aceptas o resultado máis porque te sorprende que porque o traballaras. Só tiña clara a intención de orixe, a súa cama e el, e foi o que foi, e quedei baleiro e descansado.Dentro da aparente sinxeleza, hai moita variedade -poemas máis narrativos e outros case como haikus- e versos moi medidos, con estruturas moi pensadas. Como foi, nese sentido, o proceso de creación do poemario?O pensamento de creación é algo moi intuitivo, en ningún momento fixen un molde, ou si… versificaciós de a dous, de a tres, si, pero nada máis que nalgún momento.Supoño que o oficio de contador -e recompilador- de historias algo influiría tamén neste poemario. Foi así? En que sentido?Si, por suposto. Na busca das palabras esenciais ditas no momento preciso. No respeito pola construción oral das persoas que doan a súas vida a quen lles pregunta por cousas dela.Tiñas un poemario anterior, 'Propiamente son captivo', publicado en Letras de Cal hai xa moitos anos. O ton deste outro poemario é bastante distinto mais, relacionaríalos dalgún xeito?Entremedio deses dous hai varios máis, todas autoediciós. Pasaron moitos anos e recoñézome en todas, pero os cambios no escribir van cos cambios na persoa. A personalidade é o can vello que recoñece polo olfacto a mesma persoa ó longo do tempo.Ao mesmo tempo, 'A cama do meu avó' fíxome pensar noutros libros que falan da perda dun ser querido e que tamén o fan desde o real, desde o cotiá, coma o recente 'Camuflaxe' de Lupe Gómez. No teu libro non hai citas mais, procurou dalgunha maneira o diálogo con outros autores ou autoras? (Nunha entrevista mencionaches a Emilio Araúxo, e non é difícil relacionar o teu libro co seu 'Mal Mor', por exemplo).Un faise mellor poeta lendo a poetas, pero tamén un é poeta cando se enfronta á poesía sen pestanexar.
NOS_25832
Falamos con Aurora Domínguez e Juan Vigo, nai e pai dos presos independentistas Santi e Eduardo Vigo. Publicada no Sermos Galiza nº9
Juan e Aurora viven en Angrois, unha aldea de Compostela a camiño entre as parroquias de Sar e Aríns, onde tod@s se coñecen e que aínda resiste a invasión de urbanizacións e adosados que inzaron boa parte da periferia da cidade. Juan traballa nunha empresa de instalacións eléctricas. Ten unha longa militancia no sindicalismo nacionalista, case desde a súa fundación. Aurora traballa arreo, na casa e na terra. Son os pais de Santi e Eduardo, dous dos sete presos independentistas. O máis novo, Sánti, leva encarcerado 3 anos e sete meses. Sairá en liberdade o vindeiro mes de decembro. "O 14", apunta a nai. Eduardo entrou na cadea o 30 de novembro e está aínda pendente de xuizo, que pode tardar 4 anos en ter lugar. Mostra da situación de excepción á que están sometidos aos pres@s de carácter político. Con dous fillos en prisión, como se enfronta a vida? Aurora: Ben. Mais o importante son eles, que están dentro. E son fortes. Non se deixan dobrar, malia todo. Non se deixaron dobrar fóra e non o fan dentro. Entraron polo que sentían e por loitar polo que loitaron. A súa dignidade e o seu orgullo non hai quen llelo quite. Os meus fillos.... estou moi orgullosa deles. E eles sábeno. Sánti está en Palencia e Eduardo en Córdoba. Considerades que a dispersión é unha política que procura quebrar os lazos de familiares e amigos c@s pres@s ? Juan: Queren amolar ao preso e ás familias. Fanche a cambadela por todos os lados. Eu a Eduardo non o puiden visitar aínda. Teño que traballar e non podo ter os días necesarios para unha visita así, a empresa non está por esa historia. Irei nas vacacións. Temos ido visitar a Santi e pasando Benavante chamáronnos que déramos volta. Perdimos dous días. E outra vez, iamos á altura de Puebla de Sanabria e tamén tivemos que dar volta. Aurora: Eduardo perde moitas visitas ao estar en Córdoba. O seu pai, desde que entrou alí non puido velo. Por qué non se cumpre a lei e @s sete pres@s independentistas non están en prisións da Galiza? Que pensa o Estado español? Que imos rendernos, dobregarnos? Pois están equivocados. Que non pense o Estado, nin por un momento, que imos deixar sós aos nosos presos. Así nos ten o estado español. Aplica a lei que lle da a gana Aurora: "Ao estar encarcerados tan lonxe (Eduardo, en Córdoba e Santi en Palencia) non podes ir visitalos sempre que tes dereito. E iso é moi duro. Moi duro" E o trato con vós, cos familiares, nas prisións? Juan: O trato... fanche de todo: Uns cacheos miserentos, esperas, control ... descalzarte, tomarche as pegadas sempre e en varios sitios, entrada e saída. Amólante bastante. E cada día niso vaise a peor. Trátanche como se foses un preso. Buscan facervos sentir culpábeis... Aurora: Máis que iso, creo que o que procuran é humillarte. O trato é como se non foses un cidadán. A dispersión tamén acarrea un custo económico, que non todas as familias poden soportar... Aurora: Aguantar iso é moi difícil, e con dous presos... pois aínda máis. No caso de Eduardo, por exemplo, teño que marchar un xoves: Ir ata Málaga en avión, de alí a Córdoba e coller un taxi ata cadea ida e volta e despois de volta a Málaga. Botar dúas noites fóra...É un custo moi grande. Pedimos que nos acheguen aos presos ao País, traelos a Galiza. O goberno con esas medidas que nos poñen, a eles e ás familias... Eduardo non pode ter moitas visitas porque o teñen en Córdoba, a máis de mil quilómetros de aquí. A xente vai velo con moitos sacrificios persoais e económicos. E tamén reivindicamos que os presos que son familiares, como Santi e Eduardo, teñen que estar xuntos na mesma cadea. Juan: "Por qué non se cumpre a lei e @s sete pres@s independentistas non están en prisións da Galiza? É o que pedimos desde as familias, que cumpran a lei" Cal é a situación de Eduardo na prisión? Eduardo está en isolamento desde que entrou no cárcere de Córdoba, o 26 de febreiro. Xa leva cinco meses así. Só ten dereito a catro horas de patio, as outras 20 ten que pasalas na celda. Perdeu de poder estudar este curso que comezou polas trabas postas en prisión. Pediu os libros para estudar, non llos deron, dábanlle largas... Alén diso, ten restrinxido o acceso as súas propias pertenzas. Cando entrou aí, o primeiro que se atopou xa foron as ameazas dos carcereiros. O avogado presentou unha denuncia e pararon. Mais a cadea do Córdoba é das máis duras do estado español. Hoxe, a vida de Eduardo na prisión é moi dura. Ten trabas por todos os lados. Castígano por defender a súa dignidade. E Sánti? Sánti está mellor, está en segundo grado. Ademáis, vai sair en poucos meses, é outra cousa. Esta vida que leva agora Eduardo xa a levou Santi cando entrou en prisión. Cando estaba en Aranxuez, en 2008, déronlle unha malleira. Tiña unha comunicación ao día seguinte e xa non me deixeron velo. Entendedes a loita e ideais dos vosos fillos? Aurora: Entendemos. Se houbese moitos así, outro galo cantaría. Eles están presos polo que están. Están por unha ideas, non polos cartos. E iso é así. Ten que haber xente que se repoña a esta situación que hai. E se non queremos estar así, hai que loitar, ou non é así? Juan: A xente ten tamén que saber para qué está neste mundo, e non só para ter un coche ou unha boa casa. Ás veces, nin a propia familia entende isto. Tamén é certo que tes que ter un pouco de conciencia política para comprender o que está a pasar....O certo é que eu tamén fun pouco a pouco tomando conciencia... a xente non nace, a xente faise.
NOS_54005
Timor Leste sufriu a ocupación militar de Indonesia durante máis de 25 anos.
Un 30 de agosto, pero de 1999, Timor Leste acolleu un referendo de autodeterminación para converterse nun Estado soberano. O país, antiga colonia portuguesa, acadara a súa independencia após a Revolución dos Cravos, en 1974, pero ese mesmo ano foi invadida por militares indonesios, comandados polo ditador Suharto e coa conivencia dos Estados Unidos. Abraão Santos, diretor do Museu da Resistência Timorense: "A independência de Timor é um direito inalienável" Durante a ocupación, o exército de Indonesia bombardeou e masacrou decenas de aldeas e vilas que se opuxeran a integrarse no país asiático. Os indonesios empregaron toneladas de napalm contra a poboación civil e nos bosques de Timor Leste, eliminando unha grande parte da masa arbórea do país invadido. Durante a década dos 80 e comezos dos 90, foron varios os episodios de represión policial contra os habitantes de Timor Leste. Segundo a Comisión de Recepción, Verdade e Reconciliación en Timor Leste (CAVR), o exército de Suharto fixo uso de avións e bombas incendiarias subministradas pola administración estadounidense para reprimir o movemento independentista. Tal día coma hoxe de 1999 tiña lugar un referendo de autodeterminación en Timor Leste. A súa independencia formal non se produciría até o 2002. Timor sería o 1º novo estado do sXXI. A finais dos 90, desde @galizanova organizamos unha campaña d apoio por toda Galiza. Pagou a pena. pic.twitter.com/E2DUtjNa6Y— Rubén Cela (@rubencela) August 30, 2022 En 1996, a obtención do Premio Nobel da Paz por parte do bispo Carlos Felipe Ximenes Belo e avogado e político José Ramos-Horta deu un carácter mediático e mundial á exixencias de Timor Leste. Referendo de autodeterminación O 5 de marzo de 1999, os gobernos de Portugal e Indonesia comezaron a negociar a realización dunha consulta popular, que recibiu as críticas do sector máis extremista e militarizado do Executivo indonesio. Pese a que nos meses previos á que o referendo tivese lugar grupos paramilitares apoiados polo sector contrario á consulta exerceron represión contra a poboación de Timor Leste, o 30 de agosto de 1999 98% da poboación acudiu ás urnas para decidir o futuro do seu país. A loita contra a ditadura continúa O resultado, cun apoio á independencia de 78%, deixou claro o desexo de Timor Leste de ser un Estado independente. Porén, a reacción autoritaria de Indonesia contra todos aqueles que votaron a favor no referendo levou a Nacións Unidas (ONU) a entrar no país en setembro de 1999, atopándose cidades e vilas totalmente derruídas e milleiros de persoas asasinadas e tiradas nas rúas. Tiveron que pasar 3 anos até que, o 14 de abril de 2002, os habitantes de Timor Leste puidesen acudir novamente a unhas eleccións para escoller un presidente. O líder do movemento independentista durante a ocupación de Indonesia, Xanana Gusmão, foi o elixido para o cargo, e un mes despois, o 20 de maio de 2002, Timor Leste converteuse no primeiro país en converterse nun Estado independente no século XXI.
NOS_10905
Os inquéritos a pé de urna, que foron moi certeiros en 2010, outorgan unha incontestábel vitoria ao Conservative Party no Reino Unido. O SNP obtería un resultado histórico -faríase con 58 dos 59 escanos en xogo.
As exit polls -publicadas por volta das 23 horas, hora galega- deitaron un resultado moi surprendente. Os tories gañarían con moita clareza as eleccións lexislativas, ao obter 316 asentos en Westminster, 10 por debaixo da maioría absoluta. Os laboristas ficarían moi lonxe do partido de Cameron, terían de se conformar con 239 escanos, unha marca desastrosa para Ed Miliband, seguramente a súa acta de defunción política. O SNP sería o outro grande vencedor da noite, ao se facer con 58 dos 59 escanos en xogo en Escocia. Porén, as urnas teríanlle negado o rol de árbitros en Westminster, mais non pola súa culpa, senón pola debacle laborista. No bando dos perdedores, indiscutibelmente os Lib Dem de Nick Clegg. Os parceiros de goberno de Cameron só reterían 10 escanos. Todo apunta a que foron vítimas dunha sorte de voto útil en favor do Conservative Party. A estratexia dos conservadores de axitación do medo perante un eventual acordo Labour Party-SNP -Cameron optou por se envolver na bandeira durante a campaña- tería dado os seus froitos.
NOS_32846
En Irse a Madrid, escolma de columnas publicadas en xornais locais galegos, Manuel Jabois (Pontevedra, 1978) ironizaba con aquela frase de Pío Baroja que recomendaba os aspirantes a escritores mudarse á meseta. Ao pouco tempo, as obrigas profesionais levábano a cumprir a profecía. O seu pregón deste 10 de agosto nas Festas da Peregrina foi unha especie de viaxe inversa: "[A gloria máis grande] é que te queiran na casa, que te queiran os teus".
En realidade o escritor, xornalista de El País, nunca deixou de volver a Pontevedra. Pero este sábado repasou no seu pregón os lazos sentimentais que o unen á súa cidade natal e iso non é tan habitual, polo menos en público. Dos amigos da infancia aos excompañeiros no Diario de Pontevedra, da memoria da familia Bóveda á súa afección por "pechar as festas e apagar as luces". "Eternamente honrado" por ser o escollido para abrir os festexos da Boa Vila, acompañado no balcón do Pazo de Mugartegui polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Cultura Carme Da Silva e a presidenta da Deputación Carmela Silva, Jabois confesou que Pontevedra é para el "a medida de todas as cousas, sen patriotismos e sen pailanadas". Non por acaso a súa última novela, Malaherba (Alfaguara, 2019), protagonízaa un neno de dez anos que anda, medra, descobre o mundo na Pontevedra dos anos 80. Jabois tamén lembrou como aos 14 o seu soño era escribir para o Diario de Pontevedra. Faríao despois, xusto antes de irse a Madrid e deixar na Boa Vila personaxes fundamentais para a súa biografía, hoxe mortos, que non esqueceu nomear: o pintor Manuel Moldes, o futbolista Rafael Ceresuela -que en 1963 marcou o gol que levou o Pontevedra a primeira división- e a escritora María Victoria Moreno. Manuel Jabois fixo un canto á igualdade como característica da cidade e despediuse volvendo amosar o seu estupor por falar "na cidade da túa vida nas súas festas máis grandes".
NOS_45551
O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, interrompido en marzo por mor da Covid-19, presentou a súa oitava edición, que se vai desenvolver desde a vindeira semana en Compostela.
O evento decorrerá os días 5, 6, 7 e 13 de novembro e 5 e 6 decembro, "con actuacións en formato híbrido, en liña e presenciais, para garantir a seguridade entre as persoas asistentes", comunicou na presentación do Festival a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, que estivo acompañada pola directora do Atlántica, Soledad Felloza. A programación levará os espectáculos até o Teatro Principal, a Igrexa da Universidade, os centros socioculturais de Fontiñas, Santa Marta e Vite, o Centro Xove da Almáciga, a Biblioteca Ánxel Casal e a Nave de Vidán. Na presentación, a directora do Festival quixo subliñar que "Atlántica, no mesmo ano e co mesmo orzamento, vai ser quen de sacar adiante dúas veces o festival grazas á xenerosidade do equipo técnico e artístico, que volven para cumprir co seu compromiso co público". Felloza tamén destacou que "os artistas e as artistas desta edición, como moita xente da cultura, compartiron o seu traballo nas redes para aliviar o tempo de confinamento" e agora, "aínda que sexa nestas condicións, o que desexan é volver estar en contacto coa xente". O responsábel de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, a pesar de non poder participar na rolda de prensa, deixou patente o apoio do ente provincial aos festivais polo seu labor como plataformas de difusión da cultura. Un apoio que "ten unha dimensión especial polo contido tan vinculado á tradición oral". Agradeceu o traballo da organización e lembrou que "a cultura non contaxia e é saudábel".
PRAZA_15729
Agora terán que explicar que criterios utilizaban, se efectivamente eran eles quen impoñía ao poder político as decisións, en contra da opinión reiteradamente expresada pola comunidade médica
Os recortes matan. Ese é o lema da nosa Plataforma, en xeral o das diferentes plataformas de afectados que xurdiron en diferentes puntos da xeografía do Estado, aglutinando a persoas que necesitabamos dar saída á carraxe e desesperación en que nos tiñan sumidas as autoridades políticas que nos negaban o acceso a fármacos que podían curarnos dunha enfermidade que compromete as nosas propias vidas. Detrás desa decisión política non había criterio médico ou científico que puidese xustificala. Máis aínda, nin sequera en termos de rendibilidade custo-beneficio (asumindo a idea de que isto aplicado á saúde sexa moralmente lexítimo) se podía xustificar E é que detrás desa decisión política non había criterio médico ou científico que puidese xustificala. Máis aínda, nin sequera en termos de rendibilidade custo-beneficio (asumindo a idea de que isto aplicado á saúde sexa moralmente lexítimo) se podía xustificar: O tratamento cos novos fármacos que irromperon a principios de 2014 no mercado non era en termos de custe máis oneroso que un transplante (ao que, en última instancia estamos abocados quen padecemos unha hepatite por virus C crónica). Peor aínda, non se estaba a subministrar o tratamento a enfermos en lista de transplante ou xa transplantados, a sabendas de que os fígados enxertados se infectaban no 100% dos casos e de que o 90% dos transplantados ían desenvolver unha nova hepatite crónica no prazo máximo de cinco anos, con unha rápida evolución posterior desta enfermidade. Mesmo houbo casos de doentes que necesitaron ser re-transplantados mentres agardaban a poder recibir os novos fármacos. Hai que concluír que, xa que logo, a motivación (ao non ser nin de carácter científico nin de rendibilidade económica) só podía estar motivada pola cuadratura das contas a curto prazo, independentemente dos custos sociais que isto puidese xerar (a base do que se denomina "políticas de austeridade"). Esas políticas foron proclamadas como obxectivo desde o goberno do Estado. E, en numerosas declaracións públicas, o Presidente da Xunta, así como a súa daquela Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, alardearon de seren quen mellor as estaba aplicando. Presumían, podemos dicir, de ser os alumnos máis avantaxados na aula dos políticos implementadores desas políticas. O que non mediron, ou máis ben desprezaron no seu cálculo político, é que se esa filosofía de administrar o público que xeraba en xeral desigualdade, bolsas de exclusión e terribles custos sociais para os máis débiles, aplicadas á xestión da saúde o que provocaban eran mortes. Hai que concluír que, xa que logo, a motivación (ao non ser nin de carácter científico nin de rendibilidade económica) só podía estar motivada pola cuadratura das contas a curto prazo E sucede que a vida humana é o máximo ben xurídico a protexer, a fonte de todo dereito. Por iso era inevitable que as autoridades (polo de agora a Fiscalía) xudiciais acabasen por intervir diante da evidencia innegable da relación directa entre a omisión, o impedimento na práctica, da administración a algúns pacientes daqueles fármacos que lles foran prescritos polos seus médicos e o seu falecemento. Veñen, en suma, dicir que o que o noso lema proclama é unha verdade desde o punto de vista do Dereito. Toca agora que identifiquemos e fagamos entrar en escena os actores deste drama. Son varios e están en diferentes niveis: Por unha parte temos aos xa mencionados Núñez Feijoo e Rocío Mosquera que decidían e orientaban con carácter xeral as políticas en materia sanitaria. Aínda máis: ambos en diferentes comparecencias parlamentarias e declaracións públicas non só evidenciaron estar ao tanto e ter completa información sobre o que estaba sucedendo, senón que se responsabilizaron coa súa acendida defensa de cada unha das actuacións que se estaban levando a cabo. Non poderán, daquela, negar esa responsabilidade nas consecuencias xudiciais e penais que deses feitos poidan derivarse. É ilustrativo o grotesco, e insultante, episodio protagonizado polo Presidente cando presumiu no Parlamento de que o feito de que un membro da Plataforma necesitara un segundo transplante de fígado despois de un ano agardando por unha medicación que nunca lle fora administrada poñía de relevo o "bo funcionamento" do sistema sanitario galego. Outra das personaxes relevantes é o daquela Director Xeral de Asistencia Sanitaria, Félix Rubial. No seu rol de factótum no SERGAS era quen formalmente presidía a subcomisión de tratamentos da hepatite C na que as prescricións dos especialistas eran denegadas ou aparcadas por longo tempo. El asinaba persoalmente as notificacións de denegación e el administraba os tempos. Terá agora que asumir do mesmo xeito as consecuencias que se poidan derivar na esfera xudicial dos seus actos. Carolina González-Criado, Subdirectora Xeral de Farmacia, era quen presidía na práctica as reunións da subcomisión. Era a súa función, por tanto, velar porque as directrices políticas da Consellería inspirasen os acordos que nela se adoptasen. Agora terán que explicar que criterios utilizaban, se efectivamente eran eles quen impoñía ao poder político as decisións, en contra da opinión reiteradamente expresada pola comunidade médica E temos, por último, aos membros (médicos e farmacéuticos) da Subcomisión. Eses cuxo anonimato a Consellería fixo toda clase de esforzos por manter, mesmo en contra do establecido pola Lei de Procedemento Administrativo galega. Fomos nós quen tivemos que desvelar publicamente quen eran. No plano formal eran eles quen tomaban as decisións que desembocaban na administración ou non dos fármacos. As actas das súas reunións nunca se fixeron públicas nin foi posible ata agora acceder a elas. É de esperar que no procedemento xudicial esas actas saian á luz e saibamos por fin cal era o seu funcionamento e como eran as deliberacións e adopción de acordos no seu seo. Eles foron o elemento imprescindible, a coartada invocada reiteradamente polo Presidente e a Conselleira nas súas manifestacións públicas e parlamentarias. Todo se facía, segundo eles, de acordo con criterios científicos ditaminados por esa comisión semi-clandestina. Agora terán que explicar que criterios utilizaban, se efectivamente eran eles quen impoñía ao poder político as decisións, en contra da opinión reiteradamente expresada pola comunidade médica (declaracións institucionais da Sociedad Española para el Estudio del Hígado, do Consejo de Colegios Médicos de España ou do Colegio Médico de Pontevedra, que tamén esixiu que se fixera pública a súa identidade), ou se, pola contra, o que fixeron foi pregarse ao que desde o poder se lles esixía. Hai, por último, outros actores do drama aos que non vai haber posibilidade de estender as responsabilidades penais. Trátase deses homes e mulleres que se sentan na bancada do Grupo Popular no Parlamento do Hórreo Hai, por último, outros actores do drama aos que non vai haber posibilidade de estender as responsabilidades penais. Non por iso deixan de ser cómplices necesarios e entusiastas. Trátase deses homes e mulleres que se sentan na bancada do Grupo Popular no Parlamento do Hórreo. Deputadas e deputados que aplaudían con entusiasmo as intervencións despectivas e fachendosas do Presidente e a Conselleira. Os que sen a menor piedade premeron o botón do "non" a moción que nós leváramos ao Pleno pedindo que cesara o trámite desa subcomisión que impedía que o que os médicos receitaban chegase aos pacientes, xusto o mesmo día en que era enterrada unha das vítimas polas que o fiscal agora acusa. As mortes evitables, por desgraza, foron moitas máis. As persoas que tiveron que vivir a angustia e desesperación de non recibir o tratamento prescrito, mesmo en situacións moi graves, decenas Todo isto é o que agora o proceso xudicial debera pór de manifesto. Tres son os casos de falecementos nos que a Fiscalía chega a conclusión de que son consecuencia directa de delitos cometidos desde a administración. Mais a administración está constituída por persoas, por suxeitos xurídicos que teñen que responder das súas actuacións. As mortes evitables, por desgraza, foron moitas máis. As persoas que tiveron que vivir a angustia e desesperación de non recibir o tratamento prescrito, mesmo en situacións moi graves, decenas. Agora é o tempo de que a Xustiza actúe, de que se diriman as ramificacións penais deste asunto. Desde a nosa Asociación, imos traballar denodadamente para que sexan substanciadas.
NOS_23742
A Xunta xa traballa "nun sistema de prórroga para esas achegas e do programa Toquio 2020.
A Secretaría Xeral para o Deporte, no nome do seu titular, José Ramón Lete Lasa, vén de enviar un comunicado aos presidentes e presidentas das 58 federacións deportivas galegas no que fai un chamamento á "coordinación con todo o tecido deportivo, nomeadamente coas federacións deportivas galegas". Dentro das actuacións mais inmediatas que a Secretaría Xeral para o Deporte está a abordar desde distintos ámbitos destacan as relativas aos convenios de colaboración para a actividade federativa do exercicio 2020, un eido perante o que o secretario xeral transmitiu "tranquilidade", xa que a tramitación do primeiro pagamento será executada "no menor tempo posíbel" No que atinxe á competición oficial autonómica 2019/2020, que deberá ser "redefinida", o secretario xeral solicitou información ás federacións galegas sobre a actual situación da súa competición así como o seu criterio para solucionar este punto e tratar de acadar a decisión "máis eficaz e menos lesiva para as distintas modalidades". Respecto ás deportistas de alto nivel, Lete Lasa lembrou que o programa Toquio 2020 e as bolsas DGAN continúan en marcha e, asemade, anunciou que a Xunta xa traballa "nun sistema de prórroga dos actuais recoñecementos vixentes de deportista galego de alto nivel". O mandatario galego tamén recordou que o seguro deportivo Xogade 6-16 segue "plenamente vixente" a pesar de que a actividade está suspendida.
QUEPASA_320
María Arochena: A Costa da Morte é unha terra cun arraigo cultural moi grande, e iso nótase na súa xente". Marta Doviro: "Fai falta incrementar a presenza de mulleres en departamentos coma o de Guión, Son, Iluminación e Dirección". Ampla presenza costeira na final dos Mestres Mateo.
Onte se celebrou a Gala de Entrega dos XVII Premios Mestre Mateo, gala da Academia Galega do Audiovisual. Unha gala celebrada no Palacio da Ópera da Coruña, ambientada en clave de ciencia ficción da man de Percebes y Grelos, e dirixida pola brava e versátil Sonia Méndez, a directora do noso Carballo Interplay. Tiñamos unha ampla presenza costeira entre os finalistas, e se ben a gran triunfadora foi "A Sombra do Rei", con 10 trofeos, algún si caeu na zona. Por exemplo, a curta "A Nena Azul",dirixida por Sandra Sánchez, de Reira Filmes en produción asociada con Píxel Films e Comunika rodado integramente na Costa da Morte, gañou o premio á Mellor Curta de imaxe Real. Outro galardón que queda na comarca é o de Mellor Webserie, que recae en Dinosaurio, a serie creada ao amparon do pioneiro festival Carballo InterplayProducións. No apartado individual temos un amigo gañador, o bo de Fede Pérez levou o de Mellor Actor de reparto pola súa actuación en Trote. Aí quedaron ás portas Marta Doviro como Mellor Comunicadora (gañou Rodríguez Vázquez, do Ti verás); Isabel Blanco (a Mellor Realización por "Pasaporte Galego" caeu en María Liaño pola Sombre do Rei); Xabier Eirías ou María Arochena. Marta Doviro con Juanma Buiturón no photocall da Gala dos Mestre Mateo-Foto-Leticia T Blanco
PRAZA_4981
Compostela acollerá do 11 ao 22 de marzo o Festival Internacional Atlántica de Narración Oral, que levará por distintos espazos da cidade contacontos de Arxentina, Brasil, Portugal, Irlanda, Camerún, Bretaña ou Galicia.
Compostela acollerá do 11 ao 22 de marzo o Festival Internacional Atlántica de Narración Oral, que levará por distintos espazos da cidade contacontos de Arxentina, Brasil, Portugal, Irlanda, Camerún, Bretaña e Galicia. O festival naceu o ano pasado co obxectivo de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista e nesta segunda edición afonda nesa vocación, procurando combinar tanto as propias narracións, que estarán presentes en espazos moi distintos da cidade, en locais e na rúa, coa reflexión teórica, o debate, e tamén a música. Entre as novidades, o Festival conta cunha velada de contos eróticos da man de Victoria Sliedlecki, e tamén Boni Ofogo traerá contos da África Erótica Precisamente será a música Mercedes Peón quen abra, cunha conferencia no Consello da Cultura Galega, o 11 de marzo ás 19 horas, o Festival Atlántica 2014, e o debate teórico chegará da man de investigadores de Galicia, baixo a coordinación de Manuel Gago. Entre as novidades, o Festival conta cunha velada de contos eróticos da man de Victoria Sliedlecki, e tamén Boni Ofogo traerá contos da África Erótica. Tamén teñen interese os contos do irlandés Barry Manley, seanachai (contacontos tradicional en gaélico) que vén contar os contos da súa vila Droichead Na Bandon. E desde outra rexión atlántica, a Bretaña francesa, vén Nicolás Mezzalira, do Centro Artúrico de Broceliande, contador, conferenciante e grande valedor das lendas artúricas. Ambas as dúas sesións, a do irlandés e a do bretón, serán en castelán, aínda que o domingo poderase escoitar a Barry en inglés. Este ano, o Festival quere estar presente en máis barrios de Compostela, con presenza en Fontiñas, Conxo e Santa Marta, grazas ao apoio da Rede de Centros Socioculturais. Os contos na rúa, este ano ocuparán os soportais da Zona Vella, a través de Farruco un día e de Quico Cadaval outro. As sedes do Festival serán o Pub Atlántico, e tamén o Modus Vivendi, A Borriquita de Belem, a Casa das Crechas e a Nave de Vidán, pero tamén a Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o Teatro Principal, a Aula de Cultura da Praza de Abastos, o Auditorio do CSC da Ramallosa, en Teo, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Granell, e a Rede de Centros Socioculturais. Os contadores e contadoras participantes son María da Pontragha, Clara Haddad, Cándido Pazó, Barry Manley, Boni Ofogo, Sofía Maul, Claudia Fonseca, Raquel Queizás, Quico Cadaval, Nicolás Mezzalira, Xosé Luís Bernal Farruco, cos seus contos sobre personaxes míticos da Compostela dos 60, Celso Fernández Sanmartín, Xurxo Souto e Victoria Sliedecki, ademais da sesión especial co nome de Obrigado! entre Quico Cadaval e o músico Fran Pérez, Narf, no Teatro Principal o 21 de marzo. Ante o éxito acadado o pasado ano polas sesións de contos para bebés, este ano ábrese un espazo exclusivo para eles, o Lucernario da Fundación Granell, con duas funcións ao longo do Festival Ante o éxito acadado o pasado ano polas sesións de contos para bebés, este ano ábrese un espazo exclusivo para eles, o Lucernario da Fundación Granell, con duas funcións ao longo do Festival. Amais, os narradores convidados desprazaranse aos colexios e institutos da cidade polas mañás. Afondarase nos obradoiros de formación para docentes e aprendices de narradores, éste ano da man da Directora da Escola Intinerante de Narración de Portugal-Brasil, Clara Haddad. O Encontro de profesionais do Sector, este ano estará liderado por Marina Navarro, directora da Rede de Bibliotecas de Madrid e directora de Madrid de cuentos, e que actualmente coordina coa Biblioteca Municipal de Washington, un proxecto de contos. Xa están confirmados, Gaspar Matos do Festival de Sines (Portugal) Claudia Fonseca de Terra Incognita (Festival de Lisboa) Maisa Marban e Héctor Urien de Avila Cuenta, Doris Agurto do Festival Palabra de Lima (Perú), ou Nicolas Mezzalira do Centro Artúrico de Broceliande.
NOS_20835
Naceu como concurso de tatoos en galego e agora bota a andar unha campaña de apoio social para se converteren en libro. Unha iniciativa de crowfunding para que os deseños a flor de pel pasen ás páxinas de "Tatoos da Galiza".
A iniciativa naceu no Clube de Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. No inicio foi un concurso que de fotografías con tatoos en galego que se chamou "Galiza a flor de pel". O resultado foi espectacular e ao centro chegaron máis de 160 fotos de tatuaxes nun proxecto que definen como unha obra de arte colectiva e a primeira colección de debuxos en pel da historia de Galiza. A través da plataforma de micromecenado ITH Crowdfunding botan a andar agora unha campaña para a publicación do libro "Tattoos da Galiza" que recollerá as fotografías das tatuaxes máis textos de persoas especialistas en lingua, socioloxía e deseño. "Este será o primeiro livro sobre tatuagens na Galiza, un livro que vincula a nossa cultura com a vangarda, a gente nova e a modernidade", defenden desde o Clube da Lingua. "Esta é umha atividade que procura a tua ajuda para completar um projeto de participaçom social e normalizaçom lingüística", sinalan dunha iniciativa que buscaba vencellar lingua a vangarda creativa. Na web http://www.ithcrowdfunding.org/ recolleranse as aportacións ao mecenado que busca xuntar 2100 euros para a edición do libro. Desde poemas de Rosalía ou Lupe Gómez, petroglifos, elementos tradicionais, ditos populares ou o corpo convertido en pancarta de protesta e reivindicacións son algúns dos motivos dos tattoos que, de se conseguiren os cartos, serán recollidos no libro e que locen xa na pel persoas de, de maneira especial, entre 18 e 40 anos.
NOS_57449
Baixan a 209 os pacientes Covid ingresados.
A presión hospitalaria experimentou un descenso con respecto á xornada anterior, con 10 pacientes Covid menos ingresados na Galiza a pesar de atoparse un máis en UCI, polo que hai 209 persoas coa infección hospitalizadas, mentres que os novos contaxios subiron a 139 e os casos activos, a 2.211. Segundo os datos actualizados na mañá desta terza feira pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas desta segunda feira, 33 pacientes Covid atópanse en UCI, un máis que a xornada anterior, e 176 noutras unidades de hospitalización, 11 menos. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende en tres delas -Vigo, A Coruña-Cee e Ourense-; sobe en dúas -Santiago-Barbanza e Pontevedra-Salnés-, mentres que se mantén nas de Ferrol e Lugo. Os casos activos de Covid-19 aumentaron lixeiramente, até os 2.211, o que supón 37 máis, e mantéñense en cifras do inicio da segunda quincena de agosto. Por áreas, descenden en dúas -A Coruña e Cee (-10) e Ourense (-5)-; mentres que aumentan nas outras cinco -Santiago-Barbanza (+18), Vigo (+21), Lugo (+6), Pontevedra-O Salnés (+5) e Ferrol (+2)-. En canto os novos contaxios detectados con calquera tipo de proba subiron a 139, tras os 112 da segunda feira, unha vez pasadas as xornadas festivas de Semana Santa. Dos novos contaxios, 116 son positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Galicia, dos que 36 corresponden á área de Vigo; 22 á de Santiago e Barbanza; 21, á da Coruña e Cee; 19, á de Pontevedra e O Salnés; sete, á de Ourense; seis, á de Lugo; e cinco, á de Ferrol. En canto á taxa de positividade, tras subir a un 4% no inicio da semana, descendeu a un 2% esta terza feira, polo que se mantén por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. Galiza rexistrou o falecemento de 2.357 persoas diagnosticadas de Covid-19, após notificar Sanidade esta segunda feira a morte doutras cinco, que presentaban patoloxías previas.
NOS_8270
"Máxia Cómica" e "Clow" son os cursos de formación que os días 6 e 7 de xullo ofrece o Festiclown en Lugo, unha aposta para aprender facer rir con xogos de maxia ou facendo o ridículo. Completan unha semana na que o riso se sentirá por toda parte en Lugo.
Dous cursos formativos son novidade nesta edición do Festiclown 2.0 multisede Lugo que terá lugar do 3 ao 7 de xullo en distintos espazos da cidade. Espectáculos de risa, exposicións, proxeccións e actuacións complétanse cunha aposta formativa que busca ensinar aos que van contribuír a tirar o riso do público en tempos nos que non sae con moita facilidade. A cargo de Pablo Muñoz, cofundador da compañía de clown Good Idea Company, correrá o curso de Maxia Cómica que terá lugar o sábado día 6 no C.S. Uxío Novoneyra das 10:00 ás 14:00 e das 16.30 ás 20.30. Aprendizaxe de xogos de maxia, gags máxicos con cordas, panos e outros elementos ou interacción co públicos son algúns dos contidos deste curso que busca introducir a maxia como ferramenta nos espectáculos de humor. O cofundador da compañía oficial do Festiclown, Os Sete Magníficos máis Un, Fran Rei, ponse á fronte do curso de clown que se desenvolverá o día 7 no mesmo lugar e co mesmo horario que o de maxia cómica. O fin do curso será atopar, segundo di, "o noso estilo persoal de gozar sendo ridícul@s". "O obxectivo último será descubrir ese ridículo e aprender a recorrer a el conscientemente, divertíndose e, sobre todo, divertindo ao público", sinalan, O prazo de inscrición e pagamento dos cursos remata o venres 5 de xullo e a selección farase por orde de ingreso bancario. O prezo dos cursos é de 60 e 30 euros respectivamente. Para inscripción, máis información na súa páxina web. De balde e de risa De balde son todas as actividades que farán rir á cidade das murallas neste Festiclown 2.0 multisede Lugo que encherá rúas, prazas e demais espazos de espectáculos. Dous son Compañía con Pedro Brandariz e Fran Rei, Peter Punk, Os Sete Magníficos máis Un, Capitán Maravilla, Kanbahiota Trup, Ale Risorio, Pablo Superstar e Wilbur son as compañías que compoñen o programa deste encontro de risa que se completa con exposicións, proxeccións e actuacións como parte do seu apartado solidario.
NOS_21185
Ficou pequeno o local social da Gentalha do Pichel para receber o independentista Antom Santos, após cumprir condena durante cinco anos en prisións do estado lonxe do país. Un acto moi emotivo, reencontro con compañeiros e compañeiras, e de afirmación dos direitos nacionais da Galiza.
Os cánticos independentistas mesturáronse cos vivas a Antom Santos no acto de recebemento do soberanista, quen cumpriu condena durante cinco anos por pertenza a organización armada (Resistencia Galega) e falsificación de documentación oficial. Santos tomou brevemente a palabra para responder, desde a emoción, ás mostras de afecto recibidas pola multitude que empequeneceu o local da Gentalha. A intensa chuvia aconsellou desprazar o acto da Praza do Toural, lugar inicialmente previsto para a súa celebración, á sede desta asociación cultural compostelá. Unha moi emotiva interpretación colectiva do Deus Fratesque Gallaecia puxo o ramo ao acto.
NOS_51336
Apenas o 50 por cento da militancia do PSC tomou parte este sábado nas primarias que revalidaron Miquel Iceta como primeiro secretario do PSC, o partido fundado en 1978 que é a marca do PSOE en Catalunya.
Iceta, que se fixo hai dous anos coa secretaría xeral do PSC após a demisión de Pere Navarro, fixo valer o seu dominio do aparato, mais tamén a simpatía que desperta en boa parte da militancia pola súa enerxía e a súa capacidade para empatizar quer coas bases do partido máis próximas das sensibilidades nacionalistas quer con aquelas que conectan máis co PSOE como proxecto para todo o Estado. Con todo, a súa vitoria produciuse por apenas 700 votos face Núria Parlon, a representante da ala máis pro-soberanista do PSC. Entre Iceta e Parlon, contodo, as diferenzas son microscópicas. Ambos están polo referendo de autodeterminación -sempre, iso si, que sexa pactado con Madrid- e ambos están por negar a abstención a Rajoy nunha nova investidura, isto é, están aliñados co secretario xeral demitido, Pedro Sánchez, ao que sen dúbida acompañarían nunha eventual aventura de retorno ao poder en Ferraz. Iceta obtivo o 54,14 por cento do voto -4.889 sufraxios- face o 45,86 por cento -4.142 papeletas- de Núria Parlon. A participación, aliás, ficou apenas no 50,82 por cento das aproximadamente 18 mil persoas que militan no PSC. Unha vez coñecidos os resultados, Iceta e Parlon esforzáronse por transmitir unha imaxe de unidade e cohesión do partido. O PSC é consciente de que nesta altura non se pode permitir o luxo de unir os problemas internos a unha conxuntura xa abondo difícil para el, sen dúbida a máis complexa desde que foi fundado no comezo do actual réxime político. De facto, Parlon continuará a ser vicesecretaria do partido e a súa portavoz. Para reforzar esta impresión de unidade, nas súas primeiras palabras como primeiro secretario reeleito, Iceta prometeu unha dirección "máis colexiada" e un PSC que oferecerá unha imaxe "máis coral e máis colectiva". As primarias desencadearon un episódico retorno de Pedro Sánchez á actividade pública, a meio dun chío en que o ex secretario xeral, alén de parabenizar o PSC, referendaba a súa aposta na participación da militancia na tomaa de decisións do partido, unha clara mensaxe ao actual aparato de Ferraz.
NOS_21136
Após anunciarse o nome do novo Papa, as redes sociais ferveron divididas entre os apupos e apoios a quen xa é xefe de Estado do Vaticano e unha das persoas máis influíntes do mundo. Para alén de se converter no primeiro latinoamericano en sentar na cadeira de Pedro, a figura de Bergoglio --convertido xa en Francisco I-- atópase envolta entre polémicas declaracións, non por ende impropias da curia e un pasado que o vencella coa ditadura de Videla.
A elección dos pontífices nunca estivo fóra de toda polémica. Se ben Joseph Ratzinger (Bento XVI) foi soldado do exército nazi durante a II Guerra Mundial e membro das xuventudes hitlerianas --como el propio recolleu na súa biografía-, ao seu sucesor diversas publicacións en medios de comunicación arxentinos sinálano como colaborador da ditadura do xeneral Videla. Neste senso, algunhas das testemuñas que sobreviviron á guerra suxa arxentina acusaron ao daquela sacerdote de participar en casos de tortura e desaparicións. Porén, malia as declaracións e probas achegadas polo xornalista Horacio Verbitsky e a denuncia presentada polas Nais da Praza de Maio, non existe sentenza contra Bergoglio. Axiña correron as fotografías do pontífice outorgando a comuñón ao ditador arxentino polas redes sociais e numerosas voces poñían en dúbida a vontade reformista que, no entato, outras pregoan. O certo é que o discurso manifestado durante os últimos anos polo xa Papa non dista moito do dos seus predecesores e deixa a porta aberta ao continuismo na Santa Sé. Malia a que moit@s exixían que a igrexa católica iniciase un proceso de mudanzas internas após os escándalos coñecidos nos últimos tempos --nomeadamente polos casos de pederastia encubertos desde Roma-- hai cousas que na cadeira de Pedro, nunca cambian. Porén, fóra de toda poxa, a súa escolla xa foi dabonda sorpresa. Polémicas declaracións anti-abortistas Os confrontos de Bergoglio c@s Kirchner foron vox populi. O debate e posterior aprobación da reforma lexixlativa que despenalizou o aborto valeulle ao pontífice unha das súas citas máis sonadas. "É a pretensión destrutiva ao plan de deus", aseveraba con rotundidade o daquela arcebispo de Bos Aires, "unha movida do Pai da mentira que pretende enganar aos fillos de deus" continuaba ao tempo que demandaba a intervención pola vía da urxencia "do Espírito santo" para pór "luz nas ténebras do error". Bergoglia apelou mesmo ás verbas bíblicas para asegurar que "esta non é a vosa guerra senón a de Deus". Tamén así, a legalización dos matrimonios homosexuais custáronlle a Bergoglio duros enfrontamentos co executivo de Cristina Fernández que, no entanto, afirmaba, na súa conta oficial na rede social Twitter, após coñecer a nova, "declaro unha semana de feriado porque o papa #Bergoglio é un #OrgulloArgentina na nosa igrexa. Hoxe síntome como María Magdalena".
NOS_48669
O Teatro Principal acolle este sábado os actos polo 30 aniversario da Asociación pola Defensa da Ría. Falamos con Antón Masa, un dos fundadores e presidente da APDR. "Conseguimos cambiar a conciencia da xente sobre o medio ambiente", afirma.
En 1988 legalizábase a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR). Van alá 30 anos, 3 décadas marcadas por diferentes loitas, sempre co eixo ambiental e social como protagonistas, e na que a mantida contra o complexo Ence-Elnosa é todo un referente. O Teatro Principal acolle este sábado os actos polo 30 aniversario. - Trinta anos dise rápido mais xa son uns aniños… Nacemos como resposta a un Plan xeral de ordenamento urbano en Pontevedra que pretendía levar adiante o goberno local daquela (en mans do que actualmente é Partido Popular) e que prevía una serie de actuacións no río e na ría que nós entediamos prexudiciais. - Ese foi a orixe concreta, en 1988. Hai que remarcar que a loita contra Ence, co paso do tempo, adquiriu un papel fundamental na vida da APDR. Boa parte da nosa actividade céntrase na loita contra o complexo Ence-Elnosa e contra a política forestal que este complexo implica, a eucaliptización do país. Destacar algo destes anos? A condena por delito ecolóxico conseguida contra Ence-Elnosa en 2002; o noso traballo no tema do Prestige', tanto no que foi a denuncia da situación como na organización de voluntariado para a limpeza en praias e costas. A destacar tamén o premio Cidade de Pontevedra que nos concederon. - Que importancia tivo a creación da APDR? Axudou socializar os conflitos ambientais? Creo que a aparición da asociación tivo una importancia capital. Con anterioridade ao nacemento da APDR os movementos que había contra Ence-Elnosa eran puntuais, de resposta a un escape, por exemplo, e duraban o que duraba o incidente. O feito de conseguir crear una asociación estábel, que ten agora 600 socios e socias, creo que xa é importante de por si. Creo que conseguimos modificar a conciencia das persoas en relación ao tema ambiental. Antes era unha parte moi pequena da poboación quen tiña un sentimento ambiental, que vía importante na zona loitar pola defensa do medio ambiental. Co paso de todos estes anos eu creo que se conseguiu mudar iso e somos unha ampla maioría quen estamos concienciados por estas cuestións e que asumimos que o futuro de Pontevedra pasa tamén por elas. - Cres que socialmente hai un recoñecemento do que fixo e do que supón a plataforma Creo que si. O que pasa é que actualmente estamos nunha época na que hai tantas frontes abertas que a xente acaba resignándose. As loitas ambientais, e en concreto a loita contra o complexo Ence-Elnosa é unha loita moi dura pois eles xogan coas cartas marcadas. Porque cando incumpren a lexislación o que se fai é modificar a lexislación no seu favor para que poidan seguir como sempre: adáptase a lei ás condicións de Ence-Elnosa. E cando non se modifica a lei, concédenselle prórrogas, totalmente arbitrarias. A xente sabe o valor da loita por defender a ría mais non sempre sente a necesidade de mobilizarse. Moitas persoas pensan "ben, mobilizámonos mais mañá estamos igual". Eses son problemas: a lexislación e o cansancio. O propio feito de que pasasen 30 anos desde o noso nacemento indica que hai un apoio social. A xente máis nova ten outra forma de mobilizarse, funcionan doutra maneira, cun gran peso das redes sociais, mais tamén se implican se ben máis puntualmente. Somos a única organización en Pontevedra, canda outras que nos apoian, de sacar miles de persoas á rúa. E iso non é facil. Como non o é manter a marcha contra as celulosas, que se fai todos os anos, cunha afluencia de 2.500 u 3.000 persoas.
NOS_38232
O calendario de mobilizacións convocadas pola plataforma comezará esta cuarta feira cunha concentración perante a Consellaría e advirten que estudan presentar un recurso contra o decreto de comedores que deixa 14.000 alumn@s sen acceso gratuíto a este servizo
A Plataforma galega en defensa do ensino público presentou esta segunda feira o calendario de mobilizacións que dará comezo co curso escolar. En comparecencia de imprensa representantes da Plataforma anunciaron unha marcha contra a LOMCE para o vindeiro 28 de setembro cando está a piques de rematar a tramitación parlamentar da reforma educativa. Aliás, esta cuarta feira concentraranse ás portas da Consellaría de Educación coincidindo co comezo do curso en Infantil e Primaria. Tamén así, advirten á Xunta que están a estudar a presentación dun recurso contra o decreto de comedores aprobado polo goberno de Núñez Feijóo e que supuxo a privatización deste servizo. Marcha contra a LOMCEA manifestación terá lugar o vindeiro 28 de setembro e partirá desde o Monte do Gozo ás 10.30h e rematará na praza de Praterías onde desenvolverán un acto reivindicativo para lembrar, aseguraron desde a Plataforma, o "rexeitamento social maioritario" a unha lei, din, "españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos". Para esta xornada a Plataforma disponibilizará autobuses desde distintos puntos do país que trasladarán @s manifestantes até a capital galega. "Pola educación e o benestar dos nosos fillos e fillas"O calendario de mobilizacións comezará esta cuarta feira coincidindo co arranque do curso escolar para as crianzas de Infantil e Primaria. Unha concentración ás portas da Consellaría de Educación denunciará a "política educativa baseada no desmantelamento do ensino público" que segundo Anxo Louzao (CIG-Ensino) está a desenvolver o PP desde a Xunta de Galiza. Neste senso, Elvira Lombao da Federación Provincial de ANPAS de Lugo fixo un chamamento á participación cidadá nas mobilizacións convocadas pola Plataforma porque, dixo, "loitamos pola educación e o benestar dos nosos fillos e fillas".Aliás, advertiron ao conselleiro Jesús Vázquez que están a estudar a presentación dun recurso contra o decreto de comedores que deixa a 14.000 alumn@s sen acceso a un servizo público de comedor.
NOS_54897
O Bloque Nacionalista Galego, Amaiur, Esquerra e Izquierda Plural deixaron os seus asentos baleiros no Congreso durante a votación dos recortes aprobados polo PP en sinal de protesta.
@s deputad@s das forzas políticas, amosaron o seu rexeitamento ás medidas do goberno español ausentándose da votación das mesmas. Francisco Jorquera, sinalou na súa quenda de intervención que "as medidas son extremadamente inxustas e agravarán a crise". Xunto coas demáis deputadas e deputados que decidiron abandonar o hemiciclo, Jorquera, fixo fincapé nas consecuencias que carrexarán os recortes aprobados; o deputado nacionalista, censurou a suba do IVE porque "cos 5,6 millóns de parados, con millóns de persoas que miran con envexa aos mileuristas, vostedes equiparan o IVE ao dos países con salarios máis altos". Así mesmo, acusou ao goberno de Rajoy de non "mover un dedo "para combater a fraude fiscal ", unha medida que permitiría ao goberno español ingresar nas arcas públicas unha cantidade superior á do propio recorte. O candidato nacionalista á Xunta de Galiza e deputado no Congreso polo BNG, aseverou ao Partido Popular, empregar a crise económica como escusa para impoñeren un modelo que "que acentuará o reparto inxusto da riqueza". Así mesmo, reprochou ao goberno ter aplaudido os recortes, unha imaxe que para Jorquera, nos retrotrae a "tempos pasados cando a mesma bancada aplausaba a participación española nunha guerra". O deputado nacionalista, rematou a súa intervención exixindo ao goberno español a celebración dun referendo ou a disolución das Cortes e convocar eleccións, "teñan a valentía de devolver a democracia aos seus lexítimos donos". "Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen" Baixo este lema, a Confederación Intersindical Galega e as delegación na Galiza das centrais sindicais españolas CC.OO e UGT, convocan para esta quinta mobilizacións nas principais cidades e vilas do País. As organizacións mandan un chamado á cidadanía para que se mobilice masivamente como resposta aos recortes aprobados pois "están dirixidos a recortar, unha vez máis, dereitos e precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social".
NOS_52609
Asegura que a formación de Pablo Iglesias "fai un gran favor aos intereses do Estado español" nunha entrevista co diario 'Wall Street Journal'.
O presidente da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, cre que a irrupción de Podemos debilita o proceso soberanista. Así o manifestou nunha entrevista co diario estadounidense 'Wall Street Journal', onde dixo que a formación de Pablo Iglesias "fai un gran favor aos intereses do Estado español". "O problema non está no eixo esquerda-dereita, senón na relación entre Catalunya e España. Sexan de esquerdas ou de dereitas os gobernos españois, Catalunya precisa máis poder, máis recursos, máis capacidade de decisión e máis protección para a lingua e cultura propias", sinalou o líder de CIU. "Sexan de esquerdas ou de dereitas os gobernos españois, Catalunya precisa máis poder", sinalou Mas. Mas considera que a mensaxe de Podemos está a xerar confusión entre o electorado, o que pode converterse nun obstáculo para o movemento independentista. Referiuse ás últimas enquisas, que revelan un lixeiro descenso no apoio á folla de ruta. "Son flutuacións temporais", matizou, e asegurou que o mellor exemplo do contrario son as grandes mobilizacións a prol do proceso. Tamén destacou o apoio internacional recibido polo momento. Preguntado acerca da querela presentada pola consulta do 9-N, o presidente catalán dixo estar tranquilo. "Estou en paz co que fago, mais non co que poda pasar", valorou en relación a posíbeis consecuencias legais.
NOS_35751
Demanda a fin desta práctica na cidade pontevedresa, "o último feudo taurino".
O movemento galego contra as touradas ten, máis un ano, unha cita en Pontevedra. Desta vez o sábado, 10 de agoto, ás 20:00 horas e na Praza da Peregrina. Ese é o punto de partida da manifestación que convoca Touradas Fóra de Pontevedra e que ten nesta ocasión como lema 'Agora Abolición'. O obxectivo da mobilización é, indican as organizadoras, reivindicar unha Pontevedra contraria "a unha actividade que se atopa en extinción na Galiza, sendo a nosa cidade o último feudo taurino". Reclaman á Xunta, como administración competente para poder acabar coas touradas, a modificación da Lei de Protección de Animal xa que actualmente exclúe estas prácticas. Ademais, solicitan ao Concello de Pontevedra máis pasos que contribúan "a afogar economicamente o empresariado taurino". Neste sentido, demandan a fin do convenio coa praza de touros "polo cal lle entrega máis de 30.000 euros anuais así como a non cesión de espazos públicos para a promoción das touradas". Fan un chamamento á socidade pontevedresa e galega a se mobilizar nun momento "no que as touradas en Pontevedra están en completo retroceso cunha feira de apenas dous días e cun público taurino enfrontado coa dirección dunha praza que non é capaz de encherse sendo a única feira que queda en Galiza". Según diversas estatísticas, afirman, 85% dos galegos e galegas están en contra das touradas.
NOS_32535
A Audiencia Provincial da Coruña desestima o recurso presentado pol@s concelleir@s que serán xulgad@s en dez días por pagaren con fondos públicos a defensa de Adrián Varela, imputado na Pokémon.
@s 7 edís compostelás que tomaron parte na Xunta de Goberno do 30 de maio de 2013 serán xulgad@s por un presunto delito de prevaricación. Así o decidiu esta cuarta feira a Audiencia Provincial da Coruña que desestimou o recurso presentado pola defensa d@s imputad@s. Serán xulgad@s por suposta prevaricación ao pagar con fondos públicos a defensa de Adrián Varela, imputado na Operación Pokémon O xuízo determinará se Amelia González, Juan de la Fuente, Cecilia Sierra, María Castelao, Francisco Noya, Luis García Bello e María Pardo incorreron nun delito de prevaricación ao acordaren pagar con fondos públicos do Concello de Santiago o avogado doutro concelleiro, Adrián Varela, imputado na Operación Pokémon. A Audiencia Provincial desestimou o recurso presentado ao considerar que a decisión adoptada puido terse producido "de maneira incondicionada", isto é, sen ter en conta "as exixencias que derivan da lei e a xurisprudencia" que, ademais, @s edís coñecían por un informe que lles foi achegado previamente á Xunta de Goberno. O xuízo terá lugar na capital galega o 19 de maio, a 6 días das eleccións ao Parlamento europeo.
NOS_18701
Rianxo atesoura un importante patrimonio cultural, arqueolóxico, mariñeiro e natural que fai da vila un dos epicentros da comarca do Barbanza. Damos a coñecer un Rianxo dinámico con propostas para o lecer desde a cultura e o patrimonio, sen esquecer a gastronomía
De patrimonio a gastronomía, de montaña a mar. Rianxo teno todo para poder gozar do lecer este verán. A arte rupestre, con numerosos exemplares de petróglifos, mámoas e castros, representa un dos emblemas da vila, que conta co Roteiro Arqueolóxico, un trazado específico que leva a coñecer as mostras máis significativas do complexo rupestre rianxeiro. No apartado do patrimonio, alén de igrexas, capelas, cruceiros –hai máis de 118 catalogados– , pazos e hórreos –na parroquia do Araño atópase o máis grande de toda Galiza en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 metros o celeiro) e capacidade–, destacamos os museos que acolle a vila natal de Castelao. O Museo do Mar é o centro director e dinamizador de toda a rede museística. Orientado á etnografía e á antropoloxía, dá a coñecer o mar en relación á actividade extractiva, ás embarcacións tradicionais e á carpintaría de ribeira. A Casa Museo de Manuel Antonio é outro dos puntos imprescindíbeis. Trátase do primeiro enclave aberto ao público no seo do proxecto "Academia Literaria de Rianxo". Situado na casa natal do poeta, na rúa de Abaixo, o centro dedicado a Manuel Antonio transcende a visión máis tópica deste tipo de museos, xa que conserva mobiliario da familia, conta con proxeccións audiovisuais e expón documentos orixinais e obxectos persoais do autor de De catro a catro. A Aula Activa do Mar e a iniciativa particular do Museo de Nós Nuco completan os edificios dedicados a acoller e a difundir a arte. Natureza e paisaxe Rianxo é tamén sinónimo de natureza pola súa orografía sinuosa. Desde puntos do litoral e tamén da montaña podemos observar o concello e a comarca do Barbanza con perspectivas privilexiadas. De subirmos ao Pico Muralla, o punto máis alto de Rianxo, poderemos contemplar a ría de Arousa, tanto a costa norte como a sur, así como a ría de Muros e Noia, Santiago de Compostela e mesmo a ría de Pontevedra. En días claros poden chegar a divisarse as torres da catedral compostelá e as Illas Cíes. Trátase dunha contorna con curiosas fragas de árbores tupidas e multitude de animais en liberdade. As panorámicas de Castro Barbudo, o punto máis alto de Taragoña, tamén son imprescindíbeis pola súa unha impresionante vista da ría e do val do río Té, que pode observarse desde o Monte da Pena ou desde o Alto do Castro. Ademais, o Esteiro do Ulla, que forma unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira, é un dos puntos de maior interese das rías galegas desde o punto de vista ecolóxico. Un dos espazos máis pintorescos de Rianxo é Aldea Maldita, no lugar de Abuín, onde as vivendas abandonadas se funden coa fraga nunha amalgama de pedras e madeira. Ao redor deste enclave xurdiron lendas que explicarían o motivo do seu abandono: desde o soterramento dun tesouro até pestes e pragas. Mais se queremos coñecer Rianxo, faise inevitábel camiñar polo seu casco urbano. En apenas hora e media poderemos constatar as múltiples manifestacións mariñeiras da vila, que explican boa parte da vida e obra dos grandes intelectuais rianxeiros. Alén do anterior, o maior atractivo para quen visita Rianxo no verán son as súas praias, de augas tranquilas. A máis próxima ao casco urbano é a de Tanxil, que conta con numerosos servizos. Perto dela atópase a praia de Tronco, un areal pouco concorrido aos pés dunha escarpada parede cuberta de vexetación. Próxima á desembocadura do Ulla, nunha contorna privilexiada, sitúase a praia das Cunchas e separada desta por unha franxa de terra, chamada a Punta do Castro, que abeira un antigo asentamento castrexo, está a praia do Porrón, unha das máis extensas. Mais non só. Rianxo tamén conta coa praia da Torre, que se localiza en Taragoña, ao lado da desembocadura do río Té e na que remata o paseo marítimo da vila. Desde o areal da Torre, ou desde a praia do Pazo, cunhas magníficas vistas da enseada de Rianxo, podemos visitar as ruínas medievais do Castelo da Lúa. Areais de menores dimensións, mais agochados en paraxes naturais e moi tranquilas, son Abuín, Sartaxes, a praia de Quenxo ou a do Porto. [Esta reportaxe foi publicada no Caderno de Verán monográfico sobre Rianxo que acompañou o Sermos Galiza 255, á venda na loxa]
NOS_8991
Os alcaldes de San Sadurniño, Allariz, Riotorto e Ribadeo -todos eles do BNG- acudiron esta cuarta feira aos edificios administrativos da Xunta para se reunir con Alberto Núñez Feijóo. As forzas de seguridade impedíronlles o acceso por orde da Presidencia alegando que non solicitaran a xuntanza. Os alcaldes anunciaron que visitarán semanalmente o presidente até que a Xunta decida non aplicar o decreto en Galiza e chaman a cidadanía a se mobilizar contra esta medida.
Encabezados polo rexedor de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, os alcaldes de San Sadurniño, Allariz e Ribadeo acudiron esta cuarta feira aos edificios administrativos da Xunta de Galiza en San Caetano (Compostela). Após a carta remitida polo alcalde riotortense na que solicitaba --en nome da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade-- a Alberto Núñez Feijóo unha xuntanza antes do día 6 de novembro, desde a Secretaría xeral de Presidencia aseguraron non ter constancia da devandita solicitude e impediron aos rexedores do BNG accederen ao interior da Xunta. No entanto, o alcalde riotortense lembrou "os reportes" remitidos pola Secretaría xeral e a Secretaría particular de Presidencia acreditando o recibimento da misiva. "Se non lles consta", enfatizou Estoa, "terán un problema de organización". Así as cousas, o alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez, lembrou ás forzas de seguridade que como representantes públicos posúen un carné expeditado pola propia Xunta de Galiza que lles autoriza a entrada a calquera dos edificios administrativos da administración galega, quer en San Lázaro, quer en San Caetano. Malia a todo, as ordes dadas pola secretaría xeral de presidencia deixaron fóra á delegación completada polo portavoz da Coordenadora nacional de emigrantes retornad@s, Manuel Domínguez, e a secretaria xeral da CIG-Saúde, María Xosé Abuín. Un 'portazo' á cidadaníaO obxectivo das catro alcaldías gobernadas polo Bloque Nacionalista Galego era demandar ao presidente da Xunta a "non aplicación do re-pagamento farmacolóxico a enfermos cronicos", segundo explicou Gutiérrez Estoa. Mais tamén a retirada do decreto polo que se estabelece o re-pagamento sanitario (RD 16/2912) "polo que se perde o dereito a ter unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade", acrecentou María Xosé Abuín (CIG). En declaracións aos medios de comunición após lles impediren a entrada en San Caetano, os alcaldes do BNG consideraron que "o portazo" --como tildaron a negativa da Xunta aos recibir-- "non é ás seis persoas que estamos aquí" senón que, subliñou o alcalde de Riotorto, "é un portazo a todas as mulleres que se están tratando dun cancro de mama, a todas aquelas persoas que se están tratando dun cancro de ril, de leucemia ou de tumores cerebrais". Así, anunciaron que manterán as súas "visitas" ao presidente da Xunta con carácter semanal "até que o presidente decida non aplicar a orde que estabelece o re-pagamento" e que foi aprobada polo executivo español pois, salientou Suárez, "a decisión do goberno do estado non pode estar por riba das persoas". Do contrario, subliñaron os rexedores do BNG, Feijóo converteríase "no responsábel último da morte" daquelas persoas, din, que non poidan continuar co seu tratamento "por falta de recursos". Presión social e mobilizaciónApós o acontecido coas bolsas Erasmus que o Goberno español manterá logo da resposta social recibida contra a súa supresión, o alcalde de Allariz, Francisco García, considerou que este é "un bo exemplo" dos logros que "a mobilización e a presión social" poden conseguir. Neste senso, desde os concellos de Riotorto, San Sadurniño, Ribadeo e Allariz chaman "a todo o pobo galego" a participar das concentracións e mobilizacións convocadas pola Iniciativa galega e amosar o seu rexeitamento a esta medida que, din, é propia dun goberno e dun presidente "sen alma". Así, esta sexta feira (8 de novembro) están previstas concentracións perante todos os centros de saúde do país para concluír o vindeiro día 17 de novembro nunha manifestación nacional en defensa da sanidade pública.
PRAZA_19761
O comité de empresa do Servizo de Atención a Emerxencias anuncia un paro ata que a Administración o reciba e insisten en denunciar as consecuencias negativas do traslado do seu centro de traballo á Estrada o vindeiro 18 de abril.
O persoal do 112 irá á folga. O comité de empresa do Servizo de Atención a Emerxencias de Galicia anunciou a convocatoria dun paro indefinido que comezará o vindeiro sábado 15 de abril. Logo de meses mobilizándose para denunciar as consecuencias do traslado da súa sede de Compostela á Estrada, os traballadores decidiron ir máis aló ao non atenderse nin escoitarse as súas demandas. O persoal advirte que irá á folga ata que a Administración os reciba "Vémonos na obriga de convocar esta folga, que será indefinida, até que a Administración teña a ben recibirnos", advertiu a presidenta do comité de empresa e representante da CIG, Isabel Moares, durante a comparecencia que este xoves levaron a cabo os representantes dos traballadores, que no seu conxunto serán trasladados á nova sede da Estrada na noite do 18 ao 19 de abril. Iso é o que supoñen porque a única inforamación que teñen é a que aparece nos horarios, onde o persoal sae duplicado e cunha parte na capital galega e outra na localidade veciña. Pero non é a falta de información o único que critican. Moares advirte dos erros que segue a dar a plataforma informática que se porá en marcha ao cambiaren de ubicación ou a "deficiente e insuficiente formación" que recibiu o persoal para este novo programa. Nalgúns casos, din, non chegou nin a vinte horas. Tamén denuncian a ausencia dun plan de continxencias de producirse fallos na nova aplicación ou a ausencia dun plan de traslado que teña en conta "os custos que vai supor para traballadoras e traballadores ao desprazarse diariamente á Estrada". Os traballadores denuncian os erros da nova plataforma informática e os problemas que isto pode provocar na atención das emerxencias En canto ao programa novo que utilizará o persoal ao chegar á Estrada, Óscar Valadares, do comité de empresa, advirte que en caso de fallos poderán "facelo manualmente" grazas á súau experiencia, pero iso non quitará que "se disparen os tempos de xestión e resposta e que os medios de atrasen en chegar ao punto". Tal e como levan tempo advertindo, todas estas eivas, ao producirse na xestións de emerxencias, "supoñen un problema grave". "Empezar a traballar sen controlar por completo a ferramenta coa que teremos que facelo tamén é un problema", insiste Valadares, que lembra que o catálogo de emerxencias e os diferentes protocolos "non se aprenden ás carreiras". Para o comité de empresa, é "irresponsable" facer un traslado en pouco máis dunha semana "nestas condicións" e lembra que era aínda peor tratar de facelo, como estaba previsto, o pasado 15 de marzo. Alén de todo isto, os traballadores insisten no "custo" do traslado que se "detrae directamente dos salarios". De feito, o persoal do 112 cre que é "especialmente grave" o silencio da Administración e da empresa sobre estes devanditos custos do cambio de localización da sede que afectará 300 familias. Provocará unha diminución dos seus ingresos, segundo os seus cálculos, dun 14% e nuns salarios que andan arredor dos 1.000 euros. O persoal denuncia que o traslado provocará a diminución dun 14% nos ingresos dunhas 300 familias "Non son os gastos de desprazamento dun día, senón os gastos de desprazamento de 365 días ao ano que afectarán a todo o persoal", denuncia Valadares, quen subliñou que non se é unha perda de poder adquisitivo como a que se dá cando sobe o IPC e non se adaptan a este incremento os salarios. "Imos ter unha perda directa dos nosos ingresos, porque ademais do aumento do custo da vida e de manterse os nosos salarios conxelados desde hai seis anos, agora teremos que restar os gastos en gasoil para ir e vir todos os días aos nosos postos de traballo". Ante esta situación, o comité advirte que manterán a folga mentres a Xunta non sente a negociar. Segundo din, "foi quen creou o problema e é quen ten que solucionalo". Ademais, o vindeiro luns, o comité de folga e a empresa reuniranse para marcar uns servizos mínimos. De non chegar a un acordo, terá que fixalos a Administración. Con todo, e ao ser un servizo de emerxencias, estes adoitan ser do 100%, aínda que hai unha sentenza do TSXG que aclara que o funcionamento non é como o dun día normal. "A Xunta foi quen creou o problema e é quen ten que solucionalo" De ser así, o comité de empresa considera que repercutirá na atención das emerxencias. "Haberá chamadas en espera pero non operadores dabondo, polo que se acabarán atendendo, pero cun tempo de resposta máis alto", din os representantes dos traballadores, que lamentan os problemas que se poidan derivar dunha folga á que se viron "abocados diante da ausencia de diálogo". "Nós non buscamos os efectos negativos", asegurou. "Non imos á folga porque non teñamos outra cousa que facer senón porque non nos deixaron outra opción. Se algo ocorre, a responsabilidade será da Administración", concluíu. Ademais, o novo Centro Integral de Atención ás Emerxencias da Estrada concentrará antes de fin de ano as centrais galegas de operacións do 112 e do 061, pero acabará por ser unha central de coordinación global das emerxencias en Galicia. No intento de integrar todos os servizos implicados na atención de emerxencias, tamén confluirán os servizos para este labor da Garda Civil e a Policía Nacional. Esta fusión da xestión do 061 coa dos servizos non sanitarios alertara o seu persoal, que se manifestara claramente en contra. No novo centro da Estrada a Xunta investiu uns 8 millóns de euros.
NOS_7718
Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración após descarrilar o tren que une Ribadeo e Ferrol á altura do Barqueiro, no concello de Mañón. O descarrilamento tivo lugar por un desprendemento de terras.
Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración após descarrilar un tren da liña que une Ribadeo con Ferrol debido a un desprendemento de terras que tivo lugar no Barqueiro, no concello de Mañón. Viaxaban no ferrocarril un total de sete persoas. Daba conta do sinistro o 112 a través da conta de Twitter. #AXEGAInformaTres persoas resultaron feridas tras descarrilar un tren a causa dun desprendemento de terra no concello coruñés de Mañón. Interviñeron: servizos sanitarios, #BombeirosEume e Viveiro, @guardiacivil, #GESOrtigueira e #AVPCMañón. pic.twitter.com/VKmOJpG8m2— 112Galicia (@112Galicia) February 19, 2020 O descarrilamento tivo lugar pasadas as 21.30 horas e foi confirmado por Adif a través dun chío. Se encuentra interrumpida la circulación en la línea de ancho métrico Ferrol-Oviedo por el descarrilamiento de un tren a causa de un desprendimiento de tierras entre Viveiro y Ortigueira.— INFOAdif (@InfoAdif) February 19, 2020 Non é a primeira vez que as liñas ferroviarias que conectan Ferrol sofren desprendementos de terra. A preocupación veciñal levou recentemente o BNG a presentar no Congreso unha iniciativa para preguntar ao Goberno estatal sobre as "medidas de prevención para evitar un empeoramento da situación" no camiño de ferro que une o servizo de media distancia entre Ferrol e Betanzos, concretamente, á altura do concello de Cabanas.
NOS_14042
Cando un país está enfermo culturalmente, cando sofre de aculturación ou anomia (efecto da crise de identidade), esquece ou traspapela o seu para dedicase a imitar o que fan ou venden outros.
Os países do occidente atlántico represéntanse envoltos en brétemas e señardade. Confíns do Vello Mundo situado no "Máis Alá" do "Mare Nostrum", das columnas de Hércules ou de Briareo, (quizais O "Vero Breo" céltico venerado no Santuario de Donón. Afastados horizontes onde os mitos gregos situaban a Hiperborea (máis alá do Boreal), o Xardín das Hespérides (do solpor) ou das árbores das Mazás de Ouro, a Atlántida... Países pois envoltos nun labirinto de lendas e ritos que se tecen entre eles con pasados e presentes teosóficos. Pois velaí nese occidente atlántico a Galiza, confín dunha historia longa e convulsa, cun florecer megalítico, castrexo, tománico e barroco... rico e influínte en tradicións que se estenden ao longo do almanaque e do mapamundi recorrido. Herdos espallados e tratados polos grandes referentes da etnografía, desde Murguía a Risco, Cuevillas, Taboada Chivite, Bouza Brei, Fernández Oxea, Xoaquín Lourenzo... profundando nos substratos e influencias dos "outros" dos romanos, os "celtas", tan cargados de orientalismo indoeuropeo. Para ser os romanos os que chamaron, constituíron e puxeron lindeiros á Gallaecia. Deixando tantos herdos e intromisións, que se sumarán ás pegadas doutros pobos cos que tamén se tivo relación. Fundamentalmente a fonda cristianización. Ao cabo de contas este foi máis que un feudal Reino Cristián, foi ademais xermolo dun Imperio que abriu camiños, deixando tradicións que mesmo se levaron e floreceron nun Sur de herdos islámicos. E... "pola Candeloria, chova ou non chova metade do inverno vai fora" Galiza, país das "Matris Galaicas", divindades femininas indíxenas, ás que na burgalesa Clunia dedica un galaico-romano, Tito Fraterno, un exvoto. Deusas de tradición matriarcal celta, asociadas á da Terra e á fecundidade. Confín tamén de druídas, magos, meigas con ritos ás pedras, ás fontes, montes, árbores... especialmente ao Sol e á Lúa, ás señas ou sombras, espíritos dos devanceiros. Onde o camiño, a peregrinación significa ascese de aventuras e desventuras, como caracterizou ao cabaleiro Arturo na busca do Vaso comunal do Graal, orixe de contos de cabalarías onde madurar a palabra e o maxín. Entre tanta bagaxe cultural, o tema dos mitos e dos ritos preocupou os románticos e especialmente os exóticos e excéntricos modernistas naquel seu momento de confluencia de ismos. Con conclusións visíbeis a través do comportamento e das artes. A Xeración das Irmandades é un modelo desas inquedanzas culturais da vangarda europea, atopando no pasado unha fonte de inspiración sobre a que asentar o futuro. Son os anos do Renacemento Celta, onde o modelo de Irlanda e a figura de W.B. Yeats non pasada desapercibidos para as "irmáns nacións celtas". Panceltismo que revitalizan as tradicións, a literatura, a arte, a identidade con ese saudosismo e panteísmo asentado nas orixes e no que atopar orixinalidade. Celebramos o Pan, feito coa semente da terra en harmonía cos Catro Elementos Galiza asume que comparte ADN, as súas orixes, coas de Eirín, coa lenda de Breogán e da "Pedra do Destino" por medio, a cristianización, a negación... A Europa panceltista asume as súas orixes e mesmo aparece un novo druidismo. Phileas Lebesgue, director e animador de Le Mercure, recoñecido como o "Gran Druida dos Celtas Galos", amigo de Risco, espallará tamén esas premisas identitarias. Avívanse as tradicións festivas en relación co almanaque e co ciclo solar e luar, cos equinoccios e solsticios, que marcan as Catro Estacións, en conexión cos Catro Elementos. Esperados amenceres no devalar do tempo, cando nos monumentos megalíticos as raiolas do sol da vida fura e peta no corazón dos dolmens, nas tumbas da morte. As festas "celtas" e os seus nomes gaélicos Festas cíclicas "celtas", sempre adxectivadas de "máxicas" por canto de misterio ancestral ocultan nas súas fondas raiceiras, ás que en Eirín, e desde o romanticismo e modernismo de Yeats, se lle devolverá nome gaélico, namentres que os etnógrafos galegos reivindican as denominacións tradicionais galegas, moitas delas presentándose cristianizadas: • Entrada no inverno: Noite do 31 de outubro, continuada nos primeiros días de novembro, para Galiza, Tempo de Defuntos, a que abre as fogueiras dos Magostos, en gaélico o Samaín (encontro no fin do tempo soleado). • Portas da primavera: segue no calendario o que hoxe nos trae aquí, o 1 de febreiro celebrado en Iranda do Imbolc ou Oimelc, en Galiza asocialo coa Candeloria e o San Brais. • Portas do verán: 1 de maio, festa celta irlandesa do Beltayne, celebración por excelencia do lume. Na noite do 31 de maio en Alemaña as fogueiras da Noite de Walpurgis, no mundo cristián e moi especialmente no galego a festa dos Maios, das flores. • Apoteose do verán: finalmente o 1 de agosto, o Lugnasad, a festa do froito. A que na Galiza se confunde e se perde entre tanto coincidir coas festas patronais. E así xira a espiral festiva en relación coa vida e o renacer. Samain: a semente, Imbolc: o gromo; Beltaine: a flor; e Lugnasad: o froito. Festas que se van facendo e mudando co devalar dos anos, sumando elementos mestizos, romanos, nórdicos, xermanos e outras incorporacións e modas, agora sometidas á influencia das novas tecnoloxías da comunicación. A festa das candeas... O Imbolc é a festa en relación coa purificación, coa sementeira, co gando. Asociada ás Februa, festas romanas nas que Plutón e Xuno rivalizaban en recibir exvotos expiatorios. Catarse festiva chamada así pola significación da palabra en relación coa purificación ("Februa") pero tamén coas "febras", a xeito de látegos cos que se fustrigaban os uns aos outros. Un modo de ritos de purificación e pasaxe nos que non faltaban os Catro Elementos, lume, auga, terra, aire. E algo queda en festas que seguen a usar fachicos de lume, como cada 19 de xaneiro as do San Sebastián de Castro Caldelas, asociadas á purificación dun mal ambiente de peste no 1763. Ritos nos que acoden a ritos máis antigos, entre outras festas que converten o lume en sesións de pirotecnia. Festas que eran pórtico das Lupercais, equivalentes ao "fareleiro" ou "formigueiro" , batallas lúdicas entre mozos e mozas coas que nalgúns lugares abren o longo ciclo do Entroido, tan variado en máscaras, ritos e con ancestrais substratos na Galiza, como en ningún outro. A igrexa, de cara á súa supervivencia e revitalización, soubo sumar e reconverter os ritos, tal e como hoxe fai doutros modos a sociedade comercializada e do consumo. E velaí que o 1 de febreiro se cristianiza como o Día da Presentación do Neno no Templo, de coidados ritos nas cerimonias didácticas dos franciscanos: das tebras á luz, a bendición das candeas, solta de pombas, procesión... Fin do ciclo do Nadal. Festas nos países gaélicos cristianizados ademais pola figura de Santa Bríxida e noutras, como na Galiza, polo San Brais. Tempo de preparación dos campos para sementeira, de árbores dispostas a agromar... Con canto significa a semente, que será, ademais de xermolo de nova vida, alimento, base do pan, que enche hórreos, que move muíños e se amasa para fermentar e cocerse no forno e finalmente ser pan. Pan do que por algo se fai Eucaristía, base de oración. Días pois de batallas de farelo, de fariña, de grao de semente, a verter abundancia sobre a xente moza, futuro, como nas vodas. As "Brigas", a deusa céltica Brigid, Santa Bríxida e San Brais Tempo da irlandesa Santa Brixida, sincretización cristianizada da céltica Brigid. Nome asociado con núcleos altos e murados, os Briga. Tempo pagán da deusa Brigd, a orientadora, a dos Catro Elementos, dos fachos de lume cos que se bendí a terra, como se conta facían en terras do Minho portugués e na súa raia galega. Pero tamén deusa dos pozos de auga, do aire, das sementeiras... Representada en Eirín pola "Cruz de Santa Bríxida" tetrasquele de palla usado como amuleto. Divindade filla de Dagda, da casta dos Tuatha de Danan, segundo as lendas irlandesas cos que se relacionou Breogán e o seu fillo Ith, recipiendarios da Pedra do Destino. Brigid en relación coas cidades que levan esa raíz, como Brigantia e quizais Bergantiños e mesmo a portuguesa Braganza, entre outras Brigantias británicas... Asuntos sabidos polo poeta e bardo Pondal, por Vicetto e Murguía para arredor diso crear un imaxinario celta galego. E así entre os santos da Corte Celestial tamén hai varias Santas Bríxidas: a irlandesa de Kildare, do século VI, os tempos celto-cristiáns do San Patricio co que comparte misión. Muller que funda o monacato feminino na illa. Como non, os suecos tamén teñen a súa Santa Bríxida do século XIV. Pola contra, a Galiza acolle o San Brais, santo armenio do século V, doutor, sanador, con algo de patriarcal druída que se representa cun cirio ou un facho na súa man e noutra o báculo de bispo. No día da Candeloria, abrindo ao San Brais, na Igrexa de San Tirso de Oseiro, en Arteixo -contorna de restos altomedievais e poida que asociados ao priscilianismo e aos seus cultos panteístas- bendise e sácase en procesión o pan, acompáñase con música, cánticos e foguetes. É un pan de feitura circular, como unha doméstica cosmogonía, adornado de flores e cintas de cores... tradición seguida noutrora, en Augas Santas de Allariz, así como noutros pobos de Iberia: celebración do Pan, feito coa semente da terra e saberes en harmonía cos Catro Elementos, base dunha fonda cultura, xunto coa do viño e da que ben se pode gabar Galiza.
PRAZA_496
Os e as asistentes ás obras teatrais en Galicia pasaron de 549 mil en 2009 a 355 mil en 2013 (un 35% menos). O número de representacións caeu de 2.944 a 1.495 (un 49%), segundo destaca un estudo presentado este mércores polo Observatorio da Cultura Galega
As artes escénicas, nomeadamente o teatro, atravesan en Galicia unha fonda crise á que este mércores un informe do Observatorio da Cultura Galega lle puxo cifras. O Panorama estatístico das artes escénicas galegas, que recolle datos dos últimos anos de distintas fontes, revela un descenso continuado, dende o ano 2009, no número de representacións, de espectadores e espectadoras e de recadación, que continuou en 2013. Esta situación tamén provocou unha redución no número de compañías teatrais. A situación é semellante no tocante á danza e ao xénero lírico. Os datos son claros. Das 2.944 obras de teatro representadas en 2009, pasouse a 1.495 en 2013, un descenso do 49%. O mesmo sucedeu coa cifra total de espectadores e espectadoras, que caeu das 549 mil de 2009 (chegara a acadar os 580 mil en 2007) ata as 355 mil de 2013; una caída de case 200 mil persoas, ao redor do 35% en catro anos. A recadación total diminuíu nunha proporción semellante, dende os 3,2 millóns de euros de 2009 ata os 2,4 millóns de 2013. É certo que o descenso no número de espectadores e obras é xeral en toda España, pero a caída é maior en Galicia en termos proporcionais: no conxunto do Estado en 2013 representáronse un 26% menos obras que en 2009 e o público total caeu un 28%. Galicia é a oitava comunidade autónoma en número de representacións teatrais, por detrás de territorios coma Euskadi, Aragón ou Castela-León con menor poboación. 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 Representacións 2.747 2.597 2.944 2.611 1.857 1.506 1.495 Espectadores (en miles) 580 563 549 491 430 397 355 Recadación (miles de euros) 2.490 2.539 3.200 2.607 2.445 2.368 2.364 Compañías 221 249 267 267 249 221 213 Podemos realizar unha análise semellante do que atinxe á danza e ao xénero lírico. En 2013 houbo en Galicia menos da metade de espectáculos de danza que en 2009, pasando de 169 a 77. E o mesmo sucedeu co xénero lírico, que pasou de 51 a 22 representacións. En paralelo, o número total de espectadores destes dous xéneros pasou de 100 mil a 48 mil. En xeral, como destaca o informe do Consello da Cultura Galega, o gasto medio en acceso a espectáculos das familias galegas sitúase no derradeiro lugar entre todas as comunidades autónomas, cunha media de 36,5 euros por fogar e ano, por debaixo da metade da media española (77,8 euros). O dato galego está moi lonxe mesmo do de comunidades como Estremadura (46,5), Castela-León (48,6) e Castela-A Mancha (53,8) e, ademais, experimentou un descenso constante dende o 2007, cando era de 74,4 euros por fogar e ano. En total, os galegos e galegas gastan 34 millóns de euros menos en acceso a espectáculos cada ano do que facían en 2007. Descarga aquí o informe (.pdf)
PRAZA_18742
O populismo sabe como apelar ás emocións, especialmente o medo. Vivir na corda frouxa fai que ese instinto primario de supervivencia se active cando o discurso xenófobo de Abascal chega ós seus oídos
Case dez millóns de persoas no conxunto do estado atópanse en risco de pobreza, e concretamente en Andalucía o 41,7% da poboación atópase nesta situación segundo datos de EAPNQuen non tivo medo algunha vez? Segundo a Real Academia Galega, o medo é o "sentimento de inquietude que se experimenta ante a presenza, real ou imaxinaria, dun perigo." Eu, polo menos, tiven medo moitas veces na miña vida e estou certo de que terei medo outras moitas veces mais.O medo a quedar sen traballo, sen casa, sen cartos, ou, en definitiva, a non ter unha vida digna afecta a millóns de persoas no Estado español. Case dez millóns de persoas no conxunto do estado atópanse en risco de pobreza, e concretamente en Andalucía o 41,7% da poboación atópase nesta situación segundo datos de EAPN.As eleccións andaluzas foron un baño de realidade para todo o mundo. Ese baño de realidade mostrou como a ultradereita de Vox irrumpiu no Parlamento de Andalucía con 12 deputados e case o 11% de votos. Foi un golpe moi duro para a esquerda, que viu como unha parte do electorado de clase obreira depositou a súa confianza nun partido que promulga o peor da condición humana: o odio e a intolerancia.Entón podemos dicir que hai 400.000 fascistas en Andalucía? Eu penso que non. Nestes días lin e escoitei moitas análises sobre as eleccións andaluzas tan simplistas que son unha mostra do grande problema que ten a esquerda para chegar á clase obreira. A culpa do ascenso de Vox non é dos seus votantes.Se non garantimos a existencia material digna da cidadanía non seremos quén de combater o fascismo e perderemos á xente do común que cada vez ten menos e cae na trampa das mentiras da ultradereitaPor unha banda, temos a PP e Ciudadanos pelexando por liderar a dereita, e nesa loita apareceu un discurso que Vox levaba moitos anos defendendo. Coma sempre, a xente prefire o orixinal á marca branca, malia que o PP e C's están a facer un gran traballo para parecerse a Vox. Pola outra banda, unha esquerda que non foi capaz de ofrecer unha alternativa que interesara á xente do común. Esa xente que non entende as referencias a Juego de Tronos ou por que as únicas novas que lle chegan son sobre liortas internas polo poder.O populismo sabe como apelar ás emocións, especialmente o medo. Vivir na corda frouxa fai que ese instinto primario de supervivencia se active cando o discurso xenófobo de Abascal chega ós seus oídos. O antifascismo é amor polos demais. Ese amor que temos pola nosa xente debe chegar ás maiorías. A esquerda ten a responsabilidade de recuperar a confianza da xente do comúnDe que serve que na Constitución española figuren dereitos que non son garantidos? Onde están o dereito á vivenda, ó traballo, á remuneración suficiente ou á dignidade? Acaso vivir con 400 euros ó mes pode considerarse digno? Se non garantimos a existencia material digna da cidadanía non seremos quén de combater o fascismo e perderemos á xente do común que cada vez ten menos e cae na trampa das mentiras da ultradereita.O antifascismo é amor polos demais. Ese amor que temos pola nosa xente debe chegar ás maiorías. A esquerda ten a responsabilidade de recuperar a confianza da xente do común. Aínda estamos a tempo, non está todo perdido.
PRAZA_20411
Desde a APDR queremos reflexionar sobre a situación dos nosos montes e o modelo de política forestal adoptado pola administración galega para a súa xestión.
Coa tranquilidade que da o paso do tempo, que permite analizar e tirar conclusións cunha certa distancia dos desastrosos lumes forestais sufridos nos montes da nosa veciña Portugal, desde a APDR queremos reflexionar sobre a situación dos nosos montes e o modelo de política forestal adoptado pola administración galega para a súa xestión. Porque, con independencia das causas últimas que os teñan provocado e a gravidade dos danos causados, os lumes de Pedrógão Grande poden repetirse na Galiza de darse certas condicións ambientais adversas. Porque a situación actual do noso monte -e particularmente nas provincias do sur- é moi semellante á de Portugal. Aquí, como alí, a política de prevención de incendios é, na práctica, inexistente; como alí, a acumulación de material combustíbel no monte é enorme e o abandono do monte particular unha tendencia en ascenso. E, tamén como alí, a política forestal e o modelo de xestión do monte son desaxeitadas. Porque unha política forestal feita á medida dos intereses da industria da pasta de papel, baseada no monocultivo do eucalipto e que hai tempo que se ten demostrado errada, vainos seguir condenando a vivir ano tras ano coa ameaza dos lumes forestais, coa perda dos nosos montes e o seu valor ambiental e, de darse as condicións de elevada temperatura, vento e sequidade, coa perda das propiedades e as vidas das xentes do rural. Porque unha política desaxeitada, como aconteceu agora en Portugal e non hai moito en Cotobade, mata! E porque, de non mudar esta política, só a choiva pode salvarnos…! Abonda con escoitar voces autorizadas como a do catedrático de ecoloxía da Universidade de Vigo, Adolfo Cordero, ou a da Dra. María da Conceiçâo Almeida Colaço para acreditar nesta realidade. Na APDR apostamos por unha política de diversificación dos aproveitamentos do monte, por un modelo que non se limite ao uso forestal e que, mesmo no forestal, sexa diverso no que ás especies arbóreas se refire; por unha política que impida a eucaliptización da Galiza, porque, da man de ENCE, o eucalipto está a invadir non só os nosos montes, senón tamén os prados e as terras de labor; por unha política que conte coa participación activa das Comunidades de Montes, que prime o poboamento do rural facéndoo atractivo para a volta da xente moza, e que pense no interese xeral fronte aos intereses dos monopolios madeireiros. E apostamos por un desenvolvemento económico do sector baseado na explotación racional das súas potencialidades madeireiras, froiteiras, paisaxísticas e ambientais; polo desenvolvemento de actividades que, como a explotación dos cogomelos ou das plantas aromáticas, teñen un futuro esperanzador na Galiza se muda a política forestal. Por iso esiximos un cambio de rumbo na política forestal da Xunta; por iso esiximos a paralización da eucaliptización da Galiza e a declaración do Eucaliptus globulus e o Eucaliptus nitens como especies invasoras no noso país. Por iso esiximos tamén o fin da actividade de ENCE, porque non só impide a explotación racional da nosa Ría e da economía da nosa comarca, senón que é tamén o freo á explotación racional das potencialidades do monte galego, porque está detrás da situación actual dos nosos montes, da inaceptábel eucaliptización dos montes galegos e do lume forestal na Galiza. E por iso facemos un chamamento ás persoas e aos colectivos sociais da comarca a non axeonllarse aos intereses de ENCE, a non aceptar esmolas desta empresa; porque do contrario, de aceptar esta política empresarial que non ten máis obxectivo que o lavado da peor das súas caras, estanse a converter, ao tempo, en cómplices silenciosos da política da empresa e das nefastas consecuencias que vimos de expoñer.
PRAZA_17627
A alameda da Ramallosa, epicentro do Val Miñor arrasado polo lume en outubro, acolle esta fin de semana varias xornadas de creación artística na rúa
O Concello de Nigrán lembrará ao longo desta fin de semana, cando se cumpren nove meses deles, os incendios que o pasado 15 de outubro arrasaron gran parte do Val Miñor e provocaron a morte de dúas mulleres na súa parroquia de Chandebrito. Farao cunha xornada de creación artística na rúa, na alameda da Ramallosa, epicentro ca comarca, impulsada polo colectivo Arte no Queimado, xurdido a raíz desa vaga de incendios, e coa colaboración das comunidades de montes de Camos e Chandebrito e a asociación veciñal O Castro de Chandebrito. A alameda da Ramallosa, epicentro do Val Miñor arrasado polo lume en outubro, acolle esta fin de semana varias xornadas de creación artística na rúa O promotor do colectivo, o escultor Juan Coruxo, iniciou este venres, xunto cos seus compañeiros Remigio Dávila e Rosendo González, a talla de cinco árbores secas que deberán estar rematadas o domingo, día 15, xornada central desta conmemoración. Ese día unha vintena de artistas, fundamentalmente pintores e escultores, traballarán en vivo na alameda ao tempo que durante todo o día haberá obradoiros infantís. Pola tarde, ás 20.00 horas, haberá un pasarrúas de maxia e circo a cargo da compañía A illa dos nenos e ás 21.00 horas haberá un concerto do acordeonista nigranés Roberto Comesaña. "Trátase dunha gran xornada lúdica e educativa na que buscamos non perder a memoria do acontecido e concienciarnos todos do desastre absoluto que supoñen os incendios", reflexiona Juan González, alcalde de Nigrán. Chandebrito, parroquia máis afectada polos incendios en Nigrán [Imaxe: Praza Pública]
NOS_17840
O anteproxecto da Lei de Costas aprobado polo Goberno español abre as portas de par en par para que a pasteira siga na mesma ubicación onde se instalou en 1957 por 75 anos máis. Se sae adiante a norma, o único que lle cumprirá será un informe positivo da consellaría de Medio Ambiente
Ence podería quedar na ría de Pontevedra durante 75 anos máis, até 2093, se conseguise o informe positivo por parte da consellaría de Medio Ambiente que exixirá, de saír finalmente adiante, a nova Lei de Costas. Co anteproxecto aprobado nesta sexta na man, a pasteira só precisaría ese documento e reclamar a súa intención de seguir na ría seis meses antes de que lle expire o permiso --mediados de 2017--, para saltar por riba da data límite imposta na normativa actual para que abandone a ría. Permítese tamén a venda e a transmisión da concesión por herdanza. Así as cousas, o texto redactado en Madrid expón que os terreos que estiveren dedicados "á industria enerxética, química, petroquímica, téxtil e papeleira" poderán prorrogar a súa concesión --en 75 anos, como as vivendas ubicadas nos espazos da Lei de Costas-- "previo informe favorábel" do órgano ambiental da comunidade correspondente. No caso de Ence, o departamento que dirixe Agustín Hernández. Deberá determinar a equipa técnica cales son os efectos da actividade industrial sobre a contorna, e remarcar "as condicións que debe contemplar a concesión para garantir a adecuada protección do medio ambiente". A colaboración da Xunta do PP para manter a pasteira na ría non é descartábel, pois o propio Hernández esquivou hai unhas semanas as preguntas parlamentares a respecto da última sentenza do Tribunal Supremo, en virtude da cal o acordo de 2003 con Ence debera ficar anulado. A teor deste pacto foi aprobado o Proxecto Sectorial da pasteira, así como as autorizacións ambientais integrais para consolidar a fábrica na ría de Pontevedra, mais o titular de Medio Ambiente non quixo comprometerse no Pleno do Parlamento a que a Xunta de Galiza faga efectiva a resolución, pese a que o BNG pediu a publicación no DOG da orde do Goberno galego para executar o ditame do Supremo. Ante a maré de críticas que chegan d@s propi@s veciñ@s, os movementos sociais e ecoloxistas e formacións políticas --a Asociación pola Defensa da Ría sostén nun informe enviado ao Consello Europeo que a fábrica realiza verteduras ilegais coa aprobación da Xunta--, Ence deféndese. Apela ao argumento de que as tripas non entenden de puños erguidos, como sempre se fai nestes conflitos, e reitera que grazas á factoría fincada na ría de Pontevedra existen 350 emrpegos directos e case 3.000 indirectos. Lembran tamén, a través da súa páxina web, que a da cidade do Lérez é unha das tres factorías que a pasteira ten no Estado. As outras dúas están en Huelva e Asturias.
NOS_34683
O Departamento de Xustiza dos EUA anunciou na quinta feira, 27 de marzo, a imputación do presidente de Venezuela e ofreceu unha recompensa de 15 millóns de dólares.
O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, asegurou que os cargos penais presentados polos Estados Unidos por narcotráfico contra el e altos cargos do seu Goberno son unha "tolemia, vulgares e miserábeis", e advertiu as autoridades de Washington de que están "dispostos a combatelos en todos os terreos". O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos anunciou na quinta feira, 27 de marzo, a imputación de Maduro, así como doutros membros do seu Goberno, por "narcoterrorismo" e ofreceu unha recompensa de 15 millóns de dólares a quen poida ofrecer información que permita a súa detención. El gobierno de los EE.UU. en una acción extravagante, extremista y vulgar, hizo un conjunto de acusaciones falsas, colocando precio a la cabeza de revolucionarios que estamos dispuestos a combatirlos en todos los terrenos y seguirlos derrotando. ¡Máxima Moral Hay Aquí! pic.twitter.com/BEHNvugfLj— Nicolás Maduro (@NicolasMaduro) March 27, 2020 De acordo coa Xustiza estadounidense, este "cártel de funcionarios chavistas", xunto coa disolta guerrilla das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) e as súas disidencias, conseguía cocaína en Colombia e distribuíaa desde Venezuela co fin de "inundar" os EUA de droga. Maduro defendeu o labor dos membros do seu Goberno sinalados por Estados Unidos e mostrou o seu malestar polas "vulgaridades" que lanzou o fiscal xeral estadounidense, William Barr. Acusou o presidente Donald Trump de "cowboy racista e supremacista", e "extorsionador das mafias neoiorquinas que el dirixiu como xefe de empresas inmobiliarias". Onde se conformou un "narcoestado" ─dixo─ foi en Colombia, "os socios de Donald Trump", e ao respecto dos vínculos coas xa extintas FARC, Maduro recordou o papel que o Goberno de Venezuela desempeñou durante as negociacións de paz. Cuba di que é "inmoral" Ao respecto, o ministro de Exteriores de Cuba, Bruno Rodríguez, cualificou a imputación de "inmoral" e baseada en "desvergonzadas mentiras". Fíxoo na súa conta do Twitter, onde afirmou que "aínda en tempos de COVID-19, o Goberno dos Estados Unidos demostra que constitúe a principal ameaza á paz e a tranquilidade da nosa América". Condeno inmoral acusación de #EEUU vs pdte @NicolasMaduro y #Venezuela por narcoterrorismo. Se basa en desvergonzadas mentiras. Aún en tiempos de #COVID19, el gobierno de EEUU demuestra que constituye la principal amenaza a la paz y tranquilidad de #NuestraAmérica. | #Cuba— Bruno Rodríguez P (@BrunoRguezP) March 26, 2020
NOS_8792
A Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou unha vista á instancias do recurso presentado polas defensas á condena de tres anos de prisión contra os sindicalistas por participaren da folga do comercio e alimentación de 2009
Esta quinta feira tivo lugar na Audiencia Provincial de Pontevedra unha vista en que se abordou o recurso presentado pola defensa dos tres sindicalistas condenados a tres anos de prisión pola súa participación na folga do comercio de 2009. No decorrer da sesión a fiscalía insistiu en criminalizar a acción sindical ao soster que os condenados, dous sindicalistas da CIG e un de CCOO, coaccionaron as e os traballador@s dun supermercado. Porén, en ningún testemuño das traballadoras perante no xuízo celebrado en xuño se ratificaba esa acusación, mesmo negando teren sido vítimas da referida coacción. En troques, desde a defensa púxose de relevo que "as conclusións recollidas polo xuíz na sentenza non se corresponden coas afirmacións das testemuñas feitas no xuízo penal". Na sesión escoitáronse de novo algunhas das súas declaracións. Os avogados defensores criticaron con dureza a sentenza e afirmaron que "resulta imposíbel responsabilizar dos feitos denunciados a calquera dos tres condenados atendendo unicamente ás declaracións das testemuñas". Asemade, os condenados reiteraron que o único que fixeron nesa xornada foi informar as traballadoras da convocatoria de folga e do seu dereito a a secundar. Compañeiras e compañeiros dos condenados e máis os secretarios xerais da CIG, CCOO e UGT de Galiza, estiveron presentes na vista para expresaren a súa solidariedade e apoio. Ás portas da Audiencia, Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, manifestaba que "só unha persoa que vive fóra da realidade pode pensar que os traballador@s teñen liberdade por parte das empresas para secundaren unha folga ou non".
NOS_55963
É o terceiro territorio do Estado onde máis aumentaron os expedientes de regulación de emprego. 40% das persoas asalariadas na Galiza afectadas por un ERE é por un despido colectivo.
Nos primeiros sete meses do ano o número de traballadores e traballadoras afectadas na Galiza por un expediente de regulación de emprego aumentou en 90%, o que supón o terceiro maior aumento de todo o Estado, só por detrás de Valencia e Cantabria. Entre xaneiro e xullo un total de 3.267 persoas asalariadas padeceron algún tipo de ERE. Delas, 1.923 é por suspensión de contratos, 1.283 por despidos colectivos e 61 por redución de xornada. Así pois, 40% dos traballadores galegos afectados por un ERE é por un despido colectivo. No conxunto do Estado o número de traballadores e traballadoras atinxidos por un expediente de regulación de emprego foi de 44.745. Os 3.267 na Galiza supoñen máis de 7% do total, un peso superior ao que ten o noso país no conxunto do Estado tanto en poboación como en mercado laboral. Por que este aumento nos ERE? Entre as causas sinaladas están desde a ralentización económica até a situación de crise que paira sobre sectores da industria como a electrointensiva.
NOS_5753
Tereixa Paz e Xosé Carballido son dous dos autores de O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?, libro coordinado por Alberte Blanco e editado por Sermos Galiza. Conversamos con ela e con el para coñecermos as claves na loita contra os incendios.
Que a lexislación non é a axeitada para combater o lume vai evidenciándose co paso do tempo. Tereixa Paz, unha das autoras de O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?, libro editado por Sermos Galiza, teno claro, "non é a lexislación acaída que ataque os principais problemas do monte, pois non aborda unha planificación do territorio, no sentido de ordenar o espazo forestal de maneira axeitada, nin as principais debilidades do monte, que son as que provocan os incendios". Tereixa Paz explica, en declaracións a Sermos, que a Xunta de Galiza non trata de maneira acaída "o fraccionamento da propiedade", tendo en conta que o único instrumento que conta con apoio público para reordenar as propiedades son as SOFOR –Sociedades de Fomento Forestal–. Uns órganos cunha complicación derivada, sinala, da súa natureza mercantil. "O PP empéñase en penalizar outro tipo de figuras, como as UXFOR –Unidades de Xestión Forestal–, que son máis participativas e democráticas e que estaban dando resultados importantes". Tereixa Paz: "A lei non protexe o suficiente a superficie agraria e, en consecuencia, permite que moitas terras agrarias acaben forestadas" A autora do capítulo "A lexislación forestal, un paso adiante e outro atrás", pon de manifesto que a lei "non protexe o suficiente a superficie agraria" e, en consecuencia, "permite que moitas terras agrarias acaben forestadas, coa utilización, sobre todo, do eucalipto". Ao seu entender, este é un dos problemas máis graves que ten o monte galego. Un problema que "non se resolve coa lexislación actual". Tereixa Paz aposta en blindar a superficie agraria para que non mude a forestal. E é que Galiza xa conta con 2 millóns de hectáreas de monte en relación aos 3 millóns de hectáreas de territorio. "Temos as dúas terceiras partes do monte e temos pouca superficie agraria útil", afirma. Neste contexto, é partidaria de que a lei estabeleza restricións á hora de virar a superficie agraria a forestal. Aliás, salienta a necesidade de determinar os usos da terra, "que quede claro en cada parte do territorio cal é o seu uso e a que uso concreto hai que destinalo para evitar o monocultivo, que na costa é, fundamentalmente, de eucalipto, e no interior, é, fundamentalmente de piñeiro". Galiza xa conta con 2 millóns de hectáreas de monte en relación aos 3 millóns de hectáreas de territorio Paz advirte dun "retroceso moi grande" na lexislación forestal a respeito do que se trataba facer na época do goberno bipartito: a protección das persoas, das propiedades e dos núcleos rurais. "O PP modificou a través da Lei de Montes a Lei de Prevención de Incendios en dúas cuestións fundamentais: reducir as distancias mínimas nas que hai que manter limpar as parcelas forestais e vixiar o cumprimento da normativa", explica. "Ao reducir a distancia póñense en perigo os núcleos rurais e os incendios así o constatan, pois obrigan a desaloxar aldeas. Isto debería facernos reflexionar a respeito de como temos organizado o espazo", engade. "O PP tamén cambiou a lexislación da época do goberno bipartito eliminando a indicación que prohibía as masas discontinuas de máis de 50 hectáreas da mesma especie. Tratábase de evitar que pasase o que pasa, porque nunha masa continua de eucaliptos ou doutras especies faise difícil acabar co lume", explica. De haber discontinuidade de especies, facilitaríase tanto a extinción dun incendio como a erradicación dunha praga. Tereixa Paz tamén lamenta que o Partido Popular eliminase da Lei de Prevención a colaboración económica da Xunta de Galiza cos concellos para desenvolver medidas que contribuísen a manter os terreos limpos, tanto no caso de camiños ou pistas de titularidade municipal como particulares. "De aí que teñamos que ver imaxes, como as da pasada fin de semana, de xente atemorizada tratando de defender a súa vida, a súa casa e as súas explotacións", advirte. O que agocha Feijóo A autora do libro de Sermos Galiza denuncia que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, " trata de esconder unha problemática profunda con variedades complexas co termo terrorismo incendiario e homicida, cando na realidade, non digo que non haxa casos de incendios provocados premeditadamente para facer dano e con obxectivos escuros, mais os incendios están relacionados normalmente con causas máis simples". Tereixa Paz: "O bipartito creara unha especie de CSI forestal, para investigar a nova tipoloxía de lumes, que o PP suprimiu cando chegou á Xunta" Tereixa Paz afirma que hai unha nova tipoloxía de incendios que "a Xunta non quere investigar" e que se comezaron a detectar entre 2005 e 2006. Son aqueles que afectan zonas periurbanas ou as infraestruturas e cuxa orixe é diferente, di, á dos incendios tradicionais que levan anos asolando o interior da Galiza. "En 2006 falabamos dun cambio de tipoloxía dos incendios e era a vez primeira que o lume afectaba de maneira tan masiva e intensa a franxa Atlántica. Nunca antes os houbera tan concentrados. Por iso, a raíz deste fenómeno, a Consellaría de Medio Rural –dirixida polo nacionalista Alfredo Suárez Canal– dedicou esforozos a investigalos", explica. Para iso, a Xunta creara as BIIF, as Brigadas de Información e Investigación Forestal, "eran unha especie de CSI forestal, mais non tiveron máis percorrido porque o PP as suprimiu cando chegou á Xunta". O Banco de Terras, clave na loita contra o lume Tamén é autor do libro O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional Xosé Carballido, director xeral de Estruturas Agrarias no bipartito. Foi o encargado de desenvolver a lei que impulsaba o Banco de Terras, unha iniciativa que pode ser clave para combater o lume. Quen foi a man dereita de Suárez Canal subliña que "a parte do monte que xera riqueza e que produce non arde". Partindo desta precisa, é obvio que o Banco de Terras, de promoverse, desenvolvería un papel fundamental. Xosé Carballido: "O abandono da superficie agraria útil representa un dos perigos máis grandes que hai" "O que estamos vendo este ano é que non só arde o monte, tamén o fai a superficie agraria que está pegada ás casas e na terríbel vaga de lumes da semana pasada comprobamos que as unidades dispoñíbeis só puideron defender as aldeas e non poden ir combater o lume no monte", sinala Carballido, "a clave é o abandono da superficie agraria útil e isto representa un dos perigos máis grandes que hai, porque é superficie abandonada pegada ás casas". Ao seu entender, podería contribuír a resolver este problema o Banco de Terras. A iniciativa estrela da Consellaría do Medio Rural naquela altura permite poñer a terra en desuso en disposición das persoas que queren cultivar ou que demandan terreos para producir en base a pastos e non en base a pensos. "Hai unha demanda real de terra e este mecanismo público ten unhas garantías de devolución en bo estado de conservación ou de cobro da renda de alugueiro. A medida está aí, só hai que poñela en marcha", afirma. Na actualidade, a Xunta de Galiza mantén "na UCI" o Banco de Terras. "Só falta vontade política para o xestionar, mais a Consellaría de Medio Rural funciona só para a xestión do día a día, sen ter deseñada unha política clara", conclúe.
NOS_19215
A organización da esquerda nacionalista ten a súa orixe nun acto o 6 de xaneiro de 1951 nun hotel de Rysrudh coa asistencia de 13 persoas. Hoxe ten concelleiros en varias vilas e cidades de Cornualles e 4 representantes no Consello.
O 6 de xaneiro de 1951 a revista New Cornwall (O novo Cornualles) patrocinara a aparición do Mebyon Kernow /(Fillos de Cornualles), nun acto no hotel Oates de Rysrudh, ao cal asistiron 13 persoas e 7 máis enviaron o seu apoio. Nun principio naceu como unha formación centrada na defensa da lingua e cultura córnica, e co tempo foi evoluíndo cara á demanda de plena autonomía para Cornualles. Conta con catro escanos no Consello de Cornualles e ten concelleiros e concelleiras en varias vilas e parroquias deste país, que Londres recoñeceu en 2014 como 'minoría nacional". Esta formación nacionalista e de centro-esquerda defende o autogoberno para o seu país no camiño de se ir avanzando cara a maior soberanía. Con 3.500 quilómetros cadrados e 500.000 habitantes, este país celta ten actualmente un estatus moi limitado e restrinxido en canto a autogoberno se refire. "Non é que Cornualles pasase formar parte de Inglaterra. É que os ingleses van esquecer que non formabamos parte do seu país", lamentan os nacionalistas córnicos. Unha campaña impulsada en 2015 para recoller sinaturas solicitando o autogoberno logrou máis de 50.000 apoios. Apenas 400 persoas falan con fluidez o idioma propio do país, córnico, se ben se calcula que por volta de 5.000 poden manter unha conversa 'básica'. "Minoría nacional" O Reino Unido recoñeceu oficialmente en 2014 os e as córnicas como 'minoría nacional', nunha decisión que equipara o pobo de Kernow (Cornualles) co status que ten Cymru (Gales), Escocia e Irlanda do Norde. A decisión foi cualificada daquela por Mebyon Kernow como "fantástica" polo que supón que oficialmente se recoñece que non son ingleses. A decisión adoptada por Londres implica que o Reino Unido deberá de protexer, manter, garantir a cultura e identidade córnica. Para os nacionalistas, supoñía un pasiño adiante de cara a atinxir maior capacidade de autogoberno.
NOS_28321
Revalida a súa posición de primeira forza: logrou 38 delegados e delegadas entre as 3 universidades, por 31 de CCOO, 30 de CSIF, 28 de UXT e 7 de Agptu. A central nacionalista logrou 22,5% dos votos.
A CIG-Ensino vén de revalidar nas elección sindicais realizadas esta quinta feira a súa condición de sindicato con máis delegados e delegadas no conxunto das tres universidades galegas. Dun total de 208 persoas que conformaban a súa candidatura 38 foron elixidas como delegadas, 13 da categoría de PDI (persoal docente e investigador) funcionario e 25 laborais. As 38 representantes da CIG súmanse as 31 de CCOO, 28 de UXT, 7 de Agptu e 7 de Asociados Vigo. Por universidades, a CIG foi a máis votada na de Vigo mentres que a da Coruña e de Compostela o CSIF foi quen logrou maior número de delegados e delegadas. Para gañarmos unha universidade con futuro. PDI con dereitos e sen precariedade. Con este lema a CIG-Ensino concorreu a estes comicios co obxectivo de recuperar 13% do poder adquisitivo perdido polo PDI das universidades galegas desde o ano 2010, así como o pago completo das pagas extras nos conceptos dependentes do Estado (salario base e trienios) e o complemento específico nas pagas extras recurtado polo goberno Feijóo durante os anos 2013-2016. Ademais, o sindicato incorporaba no seu programa a reposición de efectivos, lastrada polas taxas de reposición aprobadas polos gobernos españois. "A imposibilidade de renovar e de incorporar novos activos nestes últimos anos levou a que o cadro de persoal das universidades galegas sexa dos máis envellecidos de todo o Estado e frustrou a carreira profesional de miles de persoas que ou ben abandonaron as súas aspiracións na Universidade ou ben emigraron fóra de Galiza", denuncia o sindicatos.
NOS_17902
O portavoz do PSdeG critica a designación de Feixoo como senador: "É un posto creado para defender os intereses desta terra, que non son os intereses do PP".
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, defendeu a "alternativa socialista" para liderar a Galiza fronte á proposta "vella e esgotada" presentada polo candidato popular á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, a quen advertiu: "A Galiza non pode esperar a que vostede aprenda". Na súa intervención no debate de investidura, Álvarez contrapuxo o modelo de país "activado e en marcha", que "recupere a ilusión e o dinamismo, que supere os complexos do PP" fronte á proposta "sen ilusión" e con "fatiga" que, na súa opinión, representa Rueda. "No canto de ideas frescas o que vemos é esgotamento e as mesmas palabras de sempre", sostivo Luís Álvarez, nun discurso no que asegurou que Rueda representa "máis do mesmo". "Un tempo político esgotado que xa deu de si todo o que podía dar", incidiu. As cinco tarefas que Rueda ten como novo presidente Logo de iniciar a súa intervención cunhas palabras dedicadas a Alberto Núñez Feixoo, a quen agradeceu o seu traballo como presidente "desde a discrepancia política, pero desde o recoñecemento institucional", Álvarez referiuse ao proxecto de Rueda como un spin-off moi "desarticulado". "É algo así como a secuela dunha película, xa de seu mediocre e na que se empeza a ver a cuberta cos créditos finais, do final dun ciclo político", sostivo. O dirixente socialista, que definiu Rueda como "corresponsábel" das políticas dun Feixoo que deixa unha Galiza "máis pequena", rexeitou a Galiza que "pinta" o Partido Popular. "Se realmente pisase a rúa, se escoitase á xente, atoparíase axiña con algúns dos grandes problemas do país, coa falta de oportunidades laborais para a xente nova, coas dificultades que teñen miles de pacientes para ser consultados polo seu médico de cabeceira cando o requiren ou coa débil consistencia dos mecanismos de protección habilitados desde a Xunta para facer fronte ás dificultades derivadas da guerra de Ucraína ou do encarecemento dos combustíbeis", sinalou. A "doutrina" da "confrontación" Deste modo, logo de facer un "balance" da situación que deixan os 13 anos de Feixoo en cuestións como as políticas sanitarias e a atención primaria, a demografía ou a igualdade, tamén lle reprochou a Rueda que "siga sen máis a doutrina do seu mentor" e "busque sempre alguén a quen cargarlle as culpas do que non son capaces de facer". Pontón, a Rueda: "Vostede é un presidente accidental; non convocan eleccións porque as perderían" "As sesións de control ao presidente Pedro Sánchez xa hai quen llas faga no Congreso, e moi cedo irá tamén o señor Feixoo a facer o propio ao Senado, iso si, valéndose dun posto de designación creado para defender os intereses desta terra, que non son os intereses do PP", reprochou. Neste punto e despois de que Rueda anunciase na terza feira que trasladaría unha carta a Sánchez con dez preguntas, Luis Álvarez tamén interpelou o candidato popular. "Que pode esperar a mocidade con fame de ter unha oportunidade laboral na súa terra? Un campamento de verán?", preguntou, en referencia tamén aos anuncios feitos polo dirixente popular neste sentido.
NOS_17208
Só fican 94 días para que remate o prazo e o Goberno central tan só promoveu a acollida de 1.304 refuxiadas e refuxiados das 17.337 que deberían ter chegado ao Estado español.
Nos próximos 94 días, o Estado español debería acoller 16.033 refuxiadas e refuxiados para cumprir o compromiso de facilitarlles a entrada a 17.337 persoas. E é que, de momento, tan só chegaron ao Estado español 1.304 refuxiadas e refuxiados, é dicir, só 7,5% do total comprometido coa Unión Europea. Para o lembrar, a ONG Save The Children instalou o sábado en Madrid un contador electrónico para lle lembrar ao Goberno de Mariano Rajoy a cifra vergoñenta. Save The Children ve nos ridículos números "falta de vontade política" e asegura que o Goberno do PP non quere "cumprir o seu compromiso". Así, advirte de que tanto as comunidades autónomas como os concellos contas cos recursos e coa vontade para a acollida destas milleiros de persoas, mais culpan o Goberno central de "limitar" a entrada.
PRAZA_13770
O informe do Consello Galego de Relacións Laborais destaca a "parálise" da negociación colectiva por mor da crise e a perda de poder adquisitivo dos cidadáns. O incremento salarial en 2011 foi do 2,8% fronte ao 1,5% do primeiro semestre de 2012.
O incremento salarial máis baixo desde que hai rexistros. Así de contundente é o informe de negociación colectiva de 2011 e o avance do primeiro semestre de 2012 presentado este mércores en rolda de prensa polo presidente do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), Demetrio Fernández, que destaca que os traballadores galegos perderon poder adquisitivo nos convenios colectivos asinados na primeira metade deste ano, o que se une ao aumento da xornada laboral pactada, que é de 16 horas de media máis elevada que a de 2011. "Unha das máis altas da última década", destacou, ao pasar ás 1.769 horas. Os galegos traballan máis horas e ven como se reduce o seu poder adquisitivo As conclusións para Demetrio Fernández son claras, xa que asegura que a situación da negociación colectiva en Galicia é de "parálise, realismo e adaptación dos contidos cara á situación de crise". A causa é evidente, segundo o presidente do CGRL, e débese a que os traballadores centran agora os seus esforzos en manter o emprego, mentres que os empresarios baséanse na "supervivencia" das compañías. Non hai máis. "A negociación colectiva está parada; os traballadores céntranse en manter o emprego e os empresarios en manter o negocio" Ademais, tamén é evidente o influxo da reforma laboral, porque supón "un cambio radical" que fai primar o convenio de empresa sobre o sectorial, o que acaba sendo negativo para a clase traballadora, xa que eran estes pactos nas compañías os que podían mellorar o acordo sectorial, pero nunca estar por baixo del nas condicións. Xa que logo, a crise tivo un impacto "contundente" nas relacións laborais entre patronal e empregados, ademais de acentuarse que a conflitividade se traslada da negociación dos convenios á dos expedientes de regulación de emprego (ERE). O incremento salarial en 2011 foi do 2,8% fronte ao 1,5% do primeiro semestre de 2012 Os datos son teimudos. En canto aos incrementos salariais, 2011 pechou cun 2,82%, mentres que no primeiro semestre este é tan só do 1,52%. Por provincias, destaca o 0,33% de Pontevedra, fronte ao 1,7% de Lugo; o 2,03% de Ourense e o 2,07% da Coruña. Ademais, Fernández sinalou que só o 17% dos convenios inclúen unha cláusula de revisión salarial, que é a que permite adecuar a evolución do soldo á do IPC. Hai seis anos, indicou, eran o 60% os que introducían este aspecto. Sobre a vinculación do salario ao aumento da produtividade, baixaron do 41% ao 32% os convenios que establecen esta relación, algo "curioso", a xuízo do presidente do Consello, dado que se trata dunha das recomendacións do Ministerio de Economía e da CEOE. Por outra banda, Demetrio Fernández destaca que aumentan os convenios con algunha cláusula do control do absentismo e aclarou que tamén medran os acordos que prevén mecanismos extraxudiciais para a resolución de conflitos. Entre os aspectos positivos, o presidente do CGRL destaca que o 99% teñen cláusulas de conciliación que melloran o Estatuto dos Traballadores; o 97% incorpora melloras sociais; e o 94% prevé medidas de saúde laboral. Tamén se destaca no informe a redución na negociación de convenios colectivos. A 30 de xuño, explicou Fernández, en Galicia estaban vixentes 840 convenios colectivos, que afectan a 431.960 traballadores. Este ano corresponde negociar 583 de empresa e 100 de sector e na primeira metade de ano realizáronse os trámites para 53 de empresa (o 9,09%) e para catro sectoriais (o 4%). O normal a estas alturas de ano sería alcanzar a metade ou algo máis. Ademais, Demetrio Fernández destaca a "atomización" dos convenios en Galicia, xa que a maior parte deles afectan a menos de 30 persoas e algúns se aplican a empresas con seis ou sete traballadores. Tamén apuntou que en Galicia hai unhas 150.000 persoas suxeitas a convenios estatais e calcula que entre 100.000 e 120.000 traballadores non teñen convenio colectivo.
NOS_748
A chegada do verán trae consigo a realización de máis actividades de exterior, e un dos pratos estrelas nos pícnic e excursións dos galegos e galegas é, como non podía ser doutro modo, a empanada.
A empanada é un dos pratos máis típicos da gastronomía galega, unha receita perfectamente representativa da riqueza social, xeográfica, cultural e alimentaria que caracteriza esta terra. Así, de norte a sur e de leste a oeste existen variedades típicas e representativas de cada territorio, sendo as seguintes algunhas das máis destacadas: Empanada de millo O eterno debate: empanada de millo ou empanada de trigo? Para gustos, cores, pero a segunda ten un carácter máis anello e tradicional e certo prestixio entre os padais máis esixentes. Característica de zonas do sur do país e da costa, onde a implantación do millo foi superior, a súa masa densa e sabor intenso, independentemente do recheo, son algunhas das características detrás do seu éxito. Empanadas mariñeiras Galiza é terra de mar, e por iso os produtos mariños son un dos que máis triunfan como recheo da empanada. Así, polbo, xoubas, bacallau (con ou sen pasas), raia e mesmo o sempre arriscado sabor da lamprea conforman algunhas das empanadas máis demandadas tanto por galegas como por visitantes. Outros sabores moi demandados son berberechos, ameixas, pescada, mexillóns, congro, vieiras, zamburiñas, calamares, sardiñas ou chocos, unha variedade esta moi característica da ría de Vigo. Empanada de Costrelas de A Rúa Vella Esta empanada tan peculiar que conta co seu propio festexo, a Festa da Empanada de Costrelas de A Rúa Vella -que en 2019 completou o límite da súa capacidade reunindo a máis de 400 persoas-, está rechea de costela de porco, e ten como característica principal que se "destapa" antes de servila. Empanada de zorza Máis común no norte do país que noutras áreas, a masa adoita ser de trigo cun recheo de picadillo de carne de porco aderezado con pemento e allo que fará as delicias de toda aquela persoa que se atreva a darlle unha oportunidade a esta receita.
PRAZA_17989
ANÁLISE En apenas doce meses Villares, Caballero e Pontón compartiron mobilización en, cando menos, media ducia de ocasións. Os resultados das municipais serán clave para dilucidar se pode chegar a Galicia o cambio de ciclo político precipitado no Estado pola sentenza do caso Gürtel
HEMEROTECA | A segunda batalla de Soutomaior. Por Anxo Lugilde Entre as diversas eivas que padeceu o labor das forzas da esquerda parlamentaria galega nos case dez anos que Alberto Núñez Feijóo leva á fronte da Xunta, a sensación de interinaxe nos seus liderados foi unha das máis recorrentes. O presidente do Goberno galego e líder do PPdeG tivo practicamente unha vintena de interlocutores nos grupos da oposición, conformada de 2009 a 2012 por PSdeG e BNG, aos que se sumou AGE na pasada lexislatura e na actual, En Marea. Esa intensa rotación en secretarías xerais e portavocías foi unha das circunstancias que tornou en excepcional algo que si está a ser habitual na actualidade: a confluencia dos principais referentes parlamentarios ou orgánicos destas formacións apoiando diversas causas sociais e políticas. En apenas doce meses Villares, Caballero e Pontón compartiron mobilización en, cando menos, media ducia de ocasións Hai apenas un ano que as primarias do PSdeG elixiron a Gonzalo Caballero como secretario xeral do partido. Ese proceso culminou, por extensión, a actual configuración dos liderados e referencias internas das forzas da oposición. En apenas doce meses Luís Villares, no nome de En Marea, Ana Pontón, polo BNG, e o propio Caballero compartiron mobilizacións en, cando menos, media ducia de ocasións. En varias delas deron en situarse tras as mesmas pancartas e en conversar ou chancear en presenza dos medios de comunicación e xunto a outros membros das súas organizacións. Esta imaxe, relativamente habitual por exemplo entre socialistas e nacionalistas nos anos finais do fraguismo, foi practicamente inédita nos primeiros anos con Feijóo na presidencia. Villares, Caballero e Pontón, con líderes sindicais e de SOS Sanidade na protesta contra a reforma sanitaria / GZ Foto Unha das primeiras mobilizacións nas que Villares, Caballero e Pontón evidenciaron conxuntamente o apoio das formacións ás que representan a unha mesma reivindicación foi a convocada por SOS Sanidade Pública o pasado febreiro para rexeitar a reforma sanitaria que finalmente o PP acabaría aprobando en solitario. Nese mesmo mes volveron marchar na mesma faixa para apoiar a protesta do persoal de Xustiza en folga para esixir melloras laborais ao Goberno galego. Pouco despois, en marzo, o voceiro de En Marea, o secretario xeral do PSdeG e a portavoz nacional do Bloque acudiron encabezando as comitivas de cadansúas formacións á masiva mobilización feminista do 4 de marzo en Vigo, pórtico do histórico 8M en Galicia. Tamén durante a primavera, o Día das Letras, os tres acudiron coas súas organizacións á convocatoria d'A Mesa pola Normalización Lingüística a prol da "liberdade" de poder empregar o galego en todos os ámbitos da vida cotiá. Villares, Caballero e Pontón, nunha das mobilizacións durante a folga do persoal da Xustiza / Praza Pública Antes do verán a coincidencia volveu darse noutra masiva manifestación, a impulsada pola plataforma contra a mina de Touro-O Pino, onde Villares, Caballero e Pontón volveron participar portando a mesma pancarta, como xa fixeran nas mobilizacións da sanidade ou da xustiza. No regreso tras as vacacións de verán, o pasado 8 de setembro, os tres secundaron a mobilización do persoal dos medios de comunicación públicos contra a manipulación informativa, en cuxo remate foron vistos conversando en ton distendido. O colectivo Defende a Galega, impulsor dos 'venres negros' na CRTVG, advertiunos de que interpretaba a súa presenza como un compromiso de En Marea, PSdeG e BNG coa independencia da TVG e da Radio Galega no caso de chegaren a gobernar. "Tomaremos nota", subliñou o persoal. Escenario de cambio de ciclo ás portas das municipais A presenza de Villares, Caballero e Pontón na mobilización do persoal da CRTVG foi, precisamente, un dos albos dos ataques do PPdeG a esta protesta, toda vez que se produce no marco dun clima de cambio de ciclo político a nivel estatal, o iniciado coa moción de censura coa que o PSOE de Pedro Sánchez desbancou do poder ao Goberno de Mariano Rajoy, e tamén ás portas dunhas transcendentais eleccións municipais, as de maio de 2019. Estes comicios, precisamente, son unha arma de dobre fío no entendemento entre as tres formacións da esquerda galega: mareas locais, socialistas e Bloque precisan marcar perfil propio cara ás urnas, pero un clima de entendemento a nivel galego facilitará, a priori, a conformación de maiorías en concellos e deputacións onde cumpra. Os tres líderes, na mobilización contra a mina de Touro-O Pino / Praza Pública Os resultados das eleccións municipais serán clave para saber se pode chegar a Galicia un cambio de ciclo político que no Estado foi precipitado pola sentenza do caso Gürtel No eido interno a maior fonte de incertezas procede arestora de En Marea, única das tres da oposición ás portas dun proceso interno a nivel galego. A formación resultado de diversas confluencias renovará os seus órganos internos este outono nun proceso tras o que cabe agardar que Luís Villares continúe sendo o seu voceiro, aínda que cun papel máis fortalecido ou enfraquecido en función da correlación de forzas que reflictan o novo Consello das Mareas e a nova Coordinadora nun taboleiro con moitas pezas, como pode n ser as principais mareas locais, partidos -Podemos, Anova ou EU-, militancia de En Marea de seu e o grupo máis afín ao propio Villares. O resultado deses comicios locais co mantemento ou non do poder local actualmente nas mans da esquerda -seis das sete cidades, tres das catro deputacións e diversas vilas destacadas polo seu peso poboacional- será unha proba clave tras a que cabe agardar que cheguen unhas eleccións xerais de data incerta. Ambas citas coas urnas e a eventual continuidade ou remuda de Alberto Núñez Feijóo no cartel electoral do PPdeG modelarán, en boa medida, un clima político máis ou menos proclive a novas fotos conxuntas de toda a oposición. Tamén condicionarán que as facianas dos seus protagonistas sexan ou non as mesmas e ofrecerán pistas sobre se pode chegar a Galicia un cambio de ciclo que no Estado precipitou a sentenza do caso Gürtel.
NOS_10149
O Congreso negou esta terza feira o seu aval á política represiva do Goberno Rajoy -ao rexeitar unha iniciativa de Cs- mais esta cuarta os aparatos do Estado agravaron a escalada de tensión ao producirse a entrada de efectivos da Garda Civil nas dependencias de catro consellarías do Govern. O corpo militar detivo doce persoas, entre elas varios altos cargos, como o secretario xeral de Vicepresidencia e Economia. Miles de persoas protestan no centro de Barcelona contra a operación.
Non hai tregua na batalla de Catalunya, o conflito político que enfronta o pobo catalán e o Estado español. Esta cuarta feira, efectivos da Garda Civil entraron nas dependencias das consellarías de Economía, Gobernación, Traballo e Exteriores, isto é, os departamento chave na organización do referendo de 1 de Outubro, detendo 14 persoas, entre elas varios altos cargos. Axentes do Instituto Armado tamén procederon a deter o director de puntoCAT, Josep Masoliver. Madrid mostra, mais unha vez, que a súa focaxe no tratamento da cuestión política catalá é puramente represiva, a utilizar os corpos de seguridade do Estado -neste caso, a Garda Civil, un instituto de natureza militar- contra os acordos democráticos adoptados polas institucións de autogoberno de Catalunya. A intervención da Garda Civil non se limitou ás consellarías, senón que tamén se produciu na Axencia Tributaria de Catalunya, o que debuxa os perfís dunha macrooperación policial contra o Govern sen precedentes que visaría deixar a Generalitat sen capacidade material para organizar o referendo. Carlos Puigdemont convocou unha reunión de urcxencia do Govern. Miles de persoas maniféstanse en diferentes puntos de Barcelona contra o operativo policial. Varias rúas cortadas. Intersindical, e CCOO e UGT de Catalunya criticaron o operativo e reiteraron o seu compromiso co dereito a decidir. Colexio de Avogados critica os "rexistros indiscriminados" e di que vulneran a lei O Col·legi de l'Advocacia de Barcelona (ICAB) emitiu un comunicado esta cuarta feira na que "condena as entradas e rexistros indiscriminados e aleatorios que se están a realizar en Barcelona en diferentes despachos e domicilios particulares. Estes rexistros engádense aos que se están a producir en edificios públicos da Generalitat". O Colexio de Avogados asegura que os rexistros "vulneran de maneira flagrante a lei de enxuizamento criminal en todo o relativo ás condicións nas que se han realizar os rexistros de despachos profesionais". Ademais, engaden, "viola "viola o dereito ao segredo profesional dos avogados, na medida en que se practican indiscriminadamente ". O ICAB tamén nos lembra que "o Estatuto da Defensa require que a dilixencia de entrada e rexistro se poña en coñecemento da decana do Colexio da Avogacía".
NOS_48177
Unha trintena de axentes da policía española e numeros@s xornalistas mais sen manifestantes. Asi remata o escrache convocado virtualmente na morada de Feijóo.
Nin un(nha) manifestante. O escrache convocado para este sábado na morada oficial do presidente da Xunta non tivo éxito. Malia todo, máis de 30 axentes da policía española despregaron un forte dispositivo ás portas de Monte Pío. Numerosos valados impedían achegarse ao domicilio de Alberto Núñez Feijóo onde se atopaban diversos medios de comunicación á espera da concentración que fora difundida para as 18.00h. Porén, esta tarde en Ourense ás portas da vivenda dun deputado parlamentar do Partido Popular, Celso Delgado, ducias de manifestantes desenvolveron o que foi o primeiro escrache na Galiza. Baixo o lema 'Si poden mais non queren' membros da Plataforma STOP Despexos concentráronse ás portas da morada de Delgado para o sinalaren como un d@s representantes populares que votaron en contra da dación en pagamento.