ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_38491 | O aínda director xeral de Emerxencias substituirá no cargo ao polémico Samuel Juárez e é unha persoa de confianza do círculo do vicepresidente Alfonso Rueda. | O até de agora director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, ligado ao departamento da Xunta que dirixe o vicepresidente, Alfonso Rueda, relevará a Samuel Juárez como delegado do Goberno en Galiza. Diversas fontes confirmaron a substitución de Juárez, cuxo mandato estivo marcado pola polémica ao ser acusado de "represor", e abandonará a Delegación para incorporarse a un posto de agregado de Agricultura na Embaixada de España en Pequín. Angrois Villanueva, que ocupou cargos na Administración de Manuel Fraga e tamén co bipartito, é unha persoa de confianza do propio Alfonso Rueda. A Xunta destacará no seu nomeamento a súa participación no dispositivo que acudiu ao accidente ferroviario de Angrois, que recibiu críticas por parte do persoal. |
NOS_4127 | Recentemente presentou a súa tese O léxico da hipoloxía no galego oral, dispoñíbel no repositorio da Universidade de Vigo (UVigo). O investigador de Ponteareas investiu no traballo de recollida de léxico sobre os equinos uns sete anos e reuniu na súa base de datos 73.333 rexistros, non só da Galiza senón tamén de territorios vencellados como o norte de Portugal ou as localidades estremeiras de Asturias, León e Zamora. | Cóntenos que se recolle na súa tese, neses máis de 70.000 rexistros? O estudo recolle, por unha banda, unidades monoverbais, é dicir, palabras illadas, pero por outra banda tamén recolle unidades pluriverbais, isto é, máis dunha palabra, locucións e incluso refráns. A estrutura do traballo é convencional, cunha introdución e un contido, en capítulos, onde se inclúe a análise e a clasificación terminolóxica do recollido, e a parte final conclusiva e bibliográfica. Mais en canto ao campo léxico de estudo, distribuíno en cinco grandes bloques: as denominacións dos equinos, terminoloxía común dun e doutro lado da raia; palabras, termos e expresións coas que denominamos as partes do corpo dos animais, tanto no exterior como no interior; os nomes para os problemas de saúde e tamén para os remedios e as curacións; as accións que levan a cabo os propios animais; e todo o que ten que ver coas cores das pelaxes. Había un sexto bloque que finalmente quedou fóra, referido á doma e á domesticación, e que en rexistros supuña case 50% dos 73.333 totais. Cales son os seus proxectos de futuro? Pensa na publicación da tese, nun traballo arredor da doma...? A tese pode consultarse no repositorio da UVigo, mais agora o que pide é un dicionario, un estudo con entradas e definicións ao uso, ou como dicionario visual, é dicir, se falamos das artes do corpo case é máis interesante facelo visual, pero iso aínda está por facer. Na tese están envorcados case 40.000 rexistros, e nese total non son todo formas distintas senón que as hai repetidas, porque hai informantes que lle chaman do mesmo modo a unha parte do corpo, por exemplo. Arredor de 20.000 son formas non repetidas, mais as repetidas teñen a vantaxe de que me permiten saber a frecuencia de uso de cada forma. O bonito deste traballo tamén foi que atopei en galego nomes para todo. Como afeccionado aos equinos, aos cabalos e aos burros, ás veces descoñecía a terminoloxía e só escoitaba o castelanismo, e atopei alternativa para todo e para máis, unha satisfacción enorme. En canto ao bloque que ten a ver coa domesticación, desboteino na tese polo volume e porque tamén é un aspecto non tan próximo aos equinos, senón máis vencellado ao ser humano e ao trato que lles damos aos animais. Só da doma e da domesticación tiña arredor de 35.000 rexistros, o que dá practicamente para facer outra tese. Fala vostede de que o equino é un animal totémico na Galiza. A que se refire? Temos o hábito de dicir que a vaca é o animal totémico da Galiza, porque traballa, dá leite, dá carne... Mais no caso dos equinos, o propio Antón Vázquez Corral, director técnico de Puraga (Pura Raza Galega) díxome algo que recollín na tese, que é que as persoas que teñen o gando no monte crían as vacas polo rendemento económico, mais as anécdotas cóntanas cos cabalos, non coas vacas. As galegas e os galegos temos unha vinculación enorme cos equinos, unha relación case sentimental ou romántica. Que sexamos o segundo territorio do Estado español con máis número de censo equino, só por detrás de Andalucía, é por algo, tendo en conta ademais que non todas as pezas están rexistradas. E mesmo analizar as funcionalidades do gando equino hoxe en día e as que tiña hai 50 anos, como a sociedade trataba eses animais e como os trata, permítenos facer un estudo histórico da comunidade galega. Agora é un animal de ocio, deportivo, de concursos de beleza, de rutas naturais... Antes era un animal de traballo. Se ves como cambiou a funcionalidade dos equinos, así cambiou a sociedade. |
PRAZA_2681 | Angélica Liddell podería ser o bufón. Alguén que fai o que parece inconveniente, o que vai máis alá da convención. Ou a poeta romántica, que fai beleza da dor. En calquera caso, prefire o fracaso á medianía, á morneza. Sempre traballa ao límite. Amosa as cousas na súa máxima dimensión. Iso conta Manuel Fernández-Valdés no documental que fixo sobre esta creadora, que presentou en Cineuropa. | Todo é auténtico na obra de Angélica Liddell. Pouca xente traballa tan ao límite coma ela. E desde un lugar que non é nada doado: a dor, a angustia. Por iso, que se corte con coitelas e que escriba co seu sangue, que coma terra ou que lamba o chan, que berre ou que chore, non só é anécdota. É que, de non facelo, sería mentira. Iso nos di Una roca sube una montaña, o novo documental de Manuel Fernández-Valdés. O filme, aínda inacabado, foi presentado no Panorama Galicia de Cineuropa. Nunca ninguén gravara antes o que ocorre na sala de ensaios de Liddell. Fernández-Valdés fíxoo, e retratou o seu proceso de creación. E retratouna a ela. A poeta. Que, como di Fernández-Valdés, sente e transmite, e consegue comunicalo. Que fai que a entendamos. Tamén a súa parte irracional. E que non é a loucura. É a fenda que abre a dor na vida de calquera. Cando estará rematado o filme? Para o 2016. Agora está inacabado e é importante dicilo. O que se puido ver no CGAC en Cineuropa é un work in progress. O comezo do documental sitúase nun día que a ves actuar. Interésaste polo seu xeito de entender o teatro... Non é tanto o seu xeito de facer teatro como a relación entre a vida e a creación. Esa relación leva, no traballo de Angélica, a un lugar para min descoñecido, que o teatro fai ademais máis palpable que outras artes. Unha ambigüiedade coa que xoga, de xeito que non sabes onde empeza e acaba ela. Ela traballa coa súa propia vida. Pero o que fai vai máis alá do persoal. Consegue falar de cousas que nos pasan a todos. Por iso pode entenderse como un filme sobre a dor e a angustia e como a xestionamos. Cadaquén como pode. Non só unha persoa cun transtorno mental. Si. Cada persoa crea desde un determinado lugar, e Angélica crea desde a dor. Ese é o motor da súa creación. E é contraditorio, porque curiosamente a dor acaba sendo o que axuda a vivir, a crear. É o dilema que se formula cos artistas que traballan coa dor. Tampouco sabes ata que punto se van regocixar na dor. Pode haber aí algo enfermizo... "Cada persoa crea desde un determinado lugar, e Angélica crea desde a dor. Ese é o motor da súa creación" O que quería dicir é que o que se ve no filme non é o tópico do artista atormentado. Todo é verdade. Esa era unha das cousas que me preocupaban. No teatro, cada un viste do que pode, e co traballo de Angélica prodúcense malentendidos, porque podes quedar na anécdota: córtase, berra... Pero eu creo que o espectador ve que no caso de Angélica non hai impostura. Eu xa parto da seriedade do seu traballo. Non pretendo xustificala nin nada así. Ela pode acertar ou equivocarse, pero a súa proposta é sempre sincera, verdadeira. Pode haber erro, pero non mentira. Todo o bo e o malo que lle pasa é certo. Angélica Lidell pode acertar ou errar. Pero non minte. Traballa desde a dor, e é todo verdade. É a primeira vez que alguén grava na sala de ensaio de Angélica Liddell. Ela aceptou e dixo que fixeras o que quixeras... Primeiro falei co seu socio, Sindo, e expliqueille que quería facer un documental sobre o proceso de creación de Angélica. A obra coa que estaba traballando nese momento era o final dunha triloxía dedicada a China. Unha produción grande, con actores chineses, unha orquestra vienesa, un compositor coreano... Supoño que lles pareceu bo momento para facer o documental. Fomos uns días á sala de ensaio para probar, para ver se era posible. E despois duns días xa nos dixo ela que si, que podiamos facer o documental. Eramos só dúas persoas: cámara e son. A sala de ensaios é un espazo íntimo. Como facer para non alterar o traballo? A regra era ser invisibles. Aínda que iso tamén pode soar a tópico. Mais é certo que, só cunha cámara e un micro, puidemos ser discretos. A túa voz en off fai un relato do que vemos. O documental mudaría moito sen iso. Con Fraga y Fidel, sin embargo xa pensara nisto. A min gústanme os cineastas que utilizan o off. É un recurso cinematográfico e tamén literario, un modo de establecer contacto co lector, co espectador. O que ves, estouno contando eu. Ademais, é un xeito de establecer un contraste con Angélica. Ela ten unha personalidade forte que podía comer a película. Eu quería unha distancia. Entón actúo eu como mediador. Tamén para formular, en xeral, cuestións sobre a creación e a arte. Quería que o documental puidese ter esa lectura, máis alá do particular, da obra dela. "Ela ten unha personalidade forte que podía comer a película. Eu quería unha distancia. Entón actúo eu como mediador" Vémola a ela ensaiando e tamén o que vai escribindo ao final da xornada no seu diario. Por que? A obra de Angélica é a súa vida e leva iso a un extremo absoluto. O seu lugar é o teatro e, cando vai para a casa, segue cos ensaios, co traballo. Creo que iso se ve na película. O diario é moi importante para ela, e é parte da creación. E esa dimensión, esa capacidade de mostrar a súa intimidade nos textos, tamén é un reflexo da súa obra. Ela comparte o máis íntimo. Comentas no off que comezou sendo Angélica González, e despois foi Liddell que, fose personaxe ou non, ao final é quen é Angélica. Todos cambiamos constantemente e ela foi transformándose de González a Liddell. Pero hai moito tempo que non quita a capa. Por iso non ten sentido preguntarse onde acaba a persoa e comeza a personaxe. Porque ela é así. É Angélica Liddell. Non é facil a súa relación cos actores porque lles esixe moito. Quere que vivan o que fan e non só que o pensen. E a relación cos actores é o lugar no que transcorre a película. Está nos ensaios, nos textos... A ela entendémola por contraste. Traballa dunha maneira e explícalles aos actores o que quere. E hai quen está disposto a seguila e quen non. É complicado traballar con ela. Porque traballar dende ela traballa é moi duro. E tes que ter fe. Xa di ela que non podemos explicalo, racionalizalo, todo. Tes que crer. E se cadra hai actores que consideran que o seu oficio é outra cousa. Que non poden ou non queren chegar onde está ela, á súa poética. Porque ela é poeta, bardo. Ela non necesita explicar. Sente e transmite, e consegue comunicalo. Emociónanos, fai que a entendamos. Tamén esa parte irracional. No fondo, é a representación da poeta romántica. "Porque ela é poeta, bardo. Ela non necesita explicar. Sente e transmite, e consegue comunicalo" Un dos aspectos que comentas é como crea beleza desde a dor. Que tamén é moi romántico... Si que é unha creadora romántica, no sentido de que parte do sublime, o que vai máis alá do humano. Ela utiliza moito o mito de Abraham como metáfora. O pai que está disposto a matar o seu fillo porque Deus llo manda. Pois ela está disposta a enfrontarse ao mundo, a ir máis alá do que faría calquera. Está disposta a cortarse cunhas coitelas, a escribir co seu sangue, a comer terra, a lamber o chan. E nada diso é anécdota. É un xeito de reflectir a dor, máis alá da explicación, do racional. Angélica fala tamén do bufón, do seu papel. Que é alguén que fai o que parece inconveniente, o que vai máis alá da convención. Ela prefire o fracaso á medianía, á morneza. Sempre dá o máximo. Sempre traballa ao límite. Amosa as cousas na súa máxima dimensión. "Ela prefire o fracaso á medianía, á morneza. Sempre dá o máximo. Sempre traballa ao límite" Ao mesmo tempo, tamén podería haber risco diso, de quedar na anécdota. No efecto: o sangue... Iso está ben medido, no documental. No proceso falei moito cun amigo que sabe moito de teatro. Porque, como dicía antes, hai malentendidos co traballo de Angélica. Eu xa conto ao principio do documental que fai todo iso: que se corta... Sería absurdo negalo. E conto tamén que cando fun vela saín contando o que vira, e que saes coa sensación de viches a obra dunha muller louca. O problema é perderse niso. Perder enerxía falando de que se corta ou de que berra. Porque nela non é marketing, efectismo. É todo verdade. Non é disfraz. Ela traballa coa dor e está disposta a chegar ata alí. E consegue que a entendamos. Que vexamos que non hai frivolidade. "Malia toda a dor, e aínda que ela non o saiba, nese instinto de seguir, nese xesto de non parar, hai esperanza. A beleza sempre gaña" Ademais, a obra da que gravaches os ensaios foi efémera... Porque a ela non lle gustou o resultado e decidiu cambiala. Estreouse en Viena e, un mes despois, ela decidiu cambiar parte dos actores e facer outra cousa. Entón o noso documental tamén quedou como documento dunha obra que xa non puido verse máis. Angélica sempre quere máis. Non dá unha obra por rematada aínda que xa a estrease. Mais, malia toda a dor, e aínda que ela non o saiba, nese instinto de seguir, nese xesto de non parar, hai esperanza. A beleza sempre gaña. |
NOS_26066 | O Sergas xustifica este plan de adecuación de recursos durante o período estival no feito de que é a época na que a maioría de profesionais sanitarios fan uso das súas vacacións. | Como cada verán, as áreas sanitarias xestionadas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) verán reducida a súa operatividade asistencial. De media, unha de cada dez camas deixarán de estar operativas durante o período estival en cinco das sete áreas sanitarias. A área sanitaria de Vigo manterá inoperativo este verán 11% das camas funcionantes, mentres que a da Coruña e Cee 10%. Alertan das consecuencias de non cubrir as vacantes na Atención Primaria: "A dotación xa é precaria todo o ano" Na área sanitaria de Lugo tamén quedarán inoperativas 10% das camas. En canto á área sanitaria de Pontevedra e o Salnés, o número de camas inoperativas será de 13%. Só ás áreas sanitarias de Ourense e Ferrol terán operativa "a totalidade da hospitalización" mentres dure o período do verán. A precariedade laboral esporea a fuga de internistas novos do Sergas Así o informaron as diferentes áreas sanitarias con motivo da programación para a época estival. Estas camas, aínda que inoperativas, seguirán dispoñíbeis no caso de ser necesarias. Análise "pormenorizada" da ocupación No día de hoxe, as xerencias das sete áreas sanitarias presentaron a súa organización de verán, e xustificaron esta reducción de operatividade pola ocupación propia desta época do ano. Segundo as xerencias, esta análise "pormenorizada" dos datos de ocupación "permite asegurar as necesidades de cobertura asistencial de acordo coa previsión de demanda, así como efectuar un uso racional dos recursos". A imparable privatización da sanidade pública galega O Sergas xustifica este plan de adecuación de recursos durante o período estival no feito de que é a época na que a maioría de profesionais sanitarios fan uso das súas vacacións. Das sete áreas sanitarias de Galicia, falta a de Santiago e Barbanza por pechar os seus datos de organización para a época estival en relación ao que, fontes da mesma, indicaron que se traballa niso. |
NOS_2420 | Consideran que no marco constitucional actual, "interpretado de acordo coa normativa internacional e os principios e dereitos fundamentais que a inspiran", é viábel o exercicio do referendo catalán. | Unha trintena de xuíces e maxistrados cataláns asinaron un manifesto en favor do dereito a decidir de Catalunya, informa Vilaweb. Para estes xuristas non pode dubidarse de que Catalunya é unha nación e, xa que logo, ten dereito a decidir a súa relación co Estado español. Segundo a súa interpretación, o dereito a decidir ten mesmo acubillo dentro da Constitución española se esta se interpretar de acordo "coa lexislación internacional e desde unha perspectiva dinámica e viva, non sacramental". No manifesto que asinan, lembran que as e os cataláns decidiron polo menos en tres ocasións recentes a relación co Estado español. A última, apuntan, foi a do estatuto de 2006, mais a sentenza do Tribunal Constitucional -que amputou partes substantivas do Estatut, embora este ter sido xa refrendado pola inmensa maioría do pobo catalán- levou ao escenario actual. |
NOS_15209 | O uso destes vehículos, que sempre foron criticados polo PP, estará destinado a varios departamentos. O goberno local tamén aprobou construír 2.200 vivendas. | Chegou o PP de Núñez Feijóo ao poder en Galiza montado sobre propostas de austeridade que, por exemplo, converteron o uso de coches oficiais no exemplo máis claro de despilfarro. Volveuse usar esa táctica nas municipais, onde mesmo algún alcalde popular tomou o bastón anunciando que renunciaba ao uso do vehículo do concello, unha medida con certo aire populista e que en moitos casos nunca levaron a efecto de xeito real. No entanto, malia estes precedentes, o goberno local de Santiago vén de aprobar gastarse 151.728 euros no aluguer de oito coches oficiais para diversos departamentos, un número importante en vista do tamaño do Concello compostelán. A medida será para catro anos. Ademais, o goberno do PP que preside Ángel Currás en substitución de Conde Roa tamén aprobou -malia ter estoupado a burbulla inmobiliaria- a construción de 2.200 vivendas, a maioría na Agra dos Campos e outras no Monte do Gozo. |
NOS_57468 | O Tribuna Supremo impón que a 'roji-gualda' ocupe un lugar "destacado, visíbel e de honra" na balconada da fachada principal da institución vasca porque así o merecen "os valores que representa" dita bandeira. | A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo vén de desestimar os recursos presentados pola Deputación de Gipuzkoa contra os autos do Tribunal Superior de Xustiza de País Vasco (TSXPV) que lle obrigaban a pendurar ben visíbel a bandeira española. Ademais, o TS condena ao ente foral, segundo recolle Naiz, a pagar até 4.000 euros en costas. A Avogacía do Estadio español constatou que nesta deputación vasca, gobernada pola esquerda abertzale, a 'enseña nacional' non ondeaba onde debera, pois estaba nun lugar 'recóndito' e "práticamente invisíbel". Agora, o Supremo establece no auto que la 'roji-gualda' debe situarse "non só nun lugar ben visible, senón ademais nun lugar de honra". A decisión, con ponencia do maxistrado Luis Díez-Picazo, lembra que a bandeira española debe ocupar "un lugar destacado, visible e de honor (...) polos valores que representa e a honra que se lle debe implica que deba estar á vista". |
NOS_24386 | Un grupo de persoas percorreu con 'estreleiras' o centro comercial compostelán onde rapazas denunciaran "acoso" de vixiantes por levar esa bandeira. | "Se non queres caldo, dúas cuncas". O refrán galego aplicouse estes días no centro comercial As Cancelas. Se a pasada quinta feira un grupo de rapazas denunciaban o "acoso" de gardas de seguridade por levar unha bandeira galega coa estrela (tamén coñecidas como 'estreleiras'), nesta segunda feira unha caravana de persoas percorreu a superficie comercial con esas bandeiras anoadas ao pescozo. Respondían deste xeito á convocatoria que se fixo nas redes sociais por Dereitos Civís e baixo o lema 'Encontro en defensa da nosa bandeira'. Un acto para reivindicar a bandeira galega coa estrela vermella e rexeitar o que cualifican de "censura". Un grupo de mozas denunciou a semana pasada "acoso" de gardas de seguridade nun centro comercial por levar 'estreleiras'. Afirmaban que un dos vixiantes agarrou do brazo a unha delas e outro díxolles que esa bandeira "incita atentados". "Estabamos no centro comercial non porque fosemos protestar ou provocar, iamos comer despois dunha manifestación". |
NOS_44776 | A nova liña de defensa de Feijóo sobre o caso Gürtel é finxirse ignorante. En conferencia de imprensa, e a perguntas de Sermos Galiza, afirmou hoxe que ignoraba que Pablo Crespo, secretario de Organización do PP galego durante os 90, fose membro do consello de administración de Portos de Galicia. | Segundo a súa versión, soubo que Crespo facía parte dese órgao cando estourou o caso Gürtel. Crespo estaba en Portos de Galiza en representación da consellaría, Política Territorial, que dirixía Feijóo, no último goberno Fraga. Feijóo continúa sen explicar por que non o cesou. O presidente da Xunta dixo, a preguntas de Sermos Galiza na conferencia de imprensa após o Consello da Xunta, que nin el nin Negreira, actual alcalde da Coruña, tiveron constancia de que Pablo Crespo estivese no Consello de Administración de Portos de Galicia até que se desatou o escándalo da trama Gürtel. Hoxe mesmo, en entrevista na Radio Galega, Negreira dixo que non coincidira con Crespo en ningunha reunión de Portos de Galicia, entidade da que o rexedor coruñés foi presidente durante o período 2003-2005. Daquela o actual presidente da Xunta era Conselleiro de Política Territorial do goberno Fraga e Crespo formaba parte do Consello de Administración en representación desa mesma consellaría. Feijóo asegurou hoxe que Crespo "nunca asistiu a ningún dos consellos, segundo me confirmou no seu día o presidente de Portos, polo tanto non tivemos constancia de que formara parte de ningún órgano porque nunca viña a participar". Crespo foi cesado como membro de Portos de Galicia polo goberno bipartito, non polo goberno do PP. Feijóo nunca explicou por que non cesou a Crespo. Hoxe, de forma moi confusa, dixo que "en canto tivemos información ao respecto [en alusión ao envolvimento de Crespo na Gürtel] procedimos a dar de baixa a esta persoa", en probábel alusión a súa baixa como militante. Financiamento irregular Pablo Crespo chegou a ser secretario de organización do PPdeG ao tempo que, como empresario, xestionou entre 1996 e 1999 numerosos actos políticos do Partido Popular en Galiza. Foi propietario e administrador de varias empresas que foron investigadas xudicialmente. As pesquisas remataron coa súa detención en 2009. Daquela foi cando o Partido Popular comunicou a súa expulsión do partido. A trama Gürtel, pola que se investigou a Crespo, relacionouse co caso Bárcenas pola presunta financiación irregular do PP. Nos anos 90 o PPdeG ingresara 21 millóns de pesetas nas arcas de Bárcenas. Núñez Feijóo ten dito en máis de unha ocasión que neses anos el non militaba no partido. |
NOS_132 | Georges Perec escribiu un breve texto, Tentativa de esgotamento dun lugar parisiense, onde narraba os acontecementos cotiáns. Describiu pormenorizadamente o que acontecía nun instante nunha praza, falaba sobre actos nos que ninguén reparaba. Os espazos públicos, rúas e parques, o que está baixo os pés, tamén ten importancia. As últimas obras de Seoane están orientadas a recuperar lugares para a cidadanía e o uso diario. Obras que pasan desapercibidas. | Ao acabar a carreira de arquitectura na Coruña, Carlos Seoane tivo a posibilidade de continuar a súa formación no estranxeiro cunha bolsa, algo non moi habitual naquela altura. Foi a Columbia University e alí, en Nova York , tivo a súa primeira experiencia laboral. Traballou nun estudio no desenvolvemento de grandes edificios. Viviu desde dentro o modo de facer dos despachos americanos, onde se produce como nunha factoría. O traballo faise de maneira moi xerarquizada. Cada un ocúpase tan só dunha parte do edificio e logo súmase á cadea de produción. Esta maneira de traballar non lle resultaba nada satisfactoria e volveu para o país. De volta á terra, por aquelas datas, estábase a construír o Centro Galego de Arte Contemporánea en Compostela. O seu autor, o arquitecto portugués Álvaro Siza, visitaba a cidade para dirixir as obras. Foi nese momento cando Seoane aproveitou para pedirlle traballo. A forma de facer de Siza é a oposta á dun gran despacho americano, o seu proceso é artesanal. Quen traballa con el fai un pouco de todo e iso era o que Seoane buscaba. As persoas do seu estudio implícanse e son parte do proceso de deseño, desde a idea até a execución. De feito, daquela tan só contaba con 24 persoas no equipo, tantas como mesas tiña no local. Para admitir un novo colaborador ou colaboradora tiña que marchar outro antes. Siza comprometeuse con Seoane a que nun ano quedaba un oco. Pasado ese período, o galego chamou e dixéronlle que a vacante estaba collida. Aínda que decepcionado, foi despedirse a Porto, xa pensando en volver traballar aos Estados Unidos de América. Alí Siza recibiuno inconsciente, pensado que se incorporaba. Ao darse conta de que estaban todas as mesas ocupadas, foi a un currucho, colleu unha mesa que tiña con debuxos, despexouna e deulle traballo. Desde ese día, conta con 25 colaboradores. Estivo dous anos con Siza. Logo virían outras colaboracións internacionais, como co americano Peter Eisenman ou co británico David Chipperfield. "Trato de facer coros máis que SOLOS de trompeta. Hai demasiados SOLOS na arquitectura, demasiado ruído. Para min os coros son máis gratificantes", di Seoane O longo proceso de formación académica e profesional internacional desenvolveu en Seoane un carácter modesto e discreto. Séntese próximo á maneira de facer do mestre Siza, onde o lugar é o máis importante. Visita moitas veces o sitio, onde trata de coñecer as súas lóxicas. Deste modo, entendéndoo, pode desaparecer nel e fundirse co existente. Foxe do protagonismo. Define a súa obra como "coral". Busca que a arquitectura colabore e vaia ao unísono coa contorna. A materia de traballo é tanto o novo como o que xa existe, fusionando unha parte noutra. Di: "Trato de facer coros máis que solos de trompeta. Hai demasiados solos na arquitectura, demasiado ruído. Para min os coros son máis gratificantes". Recuperar a identidade O miradoiro da Pedra da Ra era un lugar especial. Seoane contaba cunha serie de elementos enigmáticos e tratou de facer ese "coro" que sempre procura. Tiña unha impoñente rocha con forma animal, un castro próximo, as vistas sobre a ría de Arousa e varias rutas de sendeirismo que confluían no lugar. O que desafinaba era unha escaleira de formigón construída nos anos 80 sobre a rocha. Decidiu derrubala a pesar de que a idea inicial do concello de Ribeira era amañala. O que fixo o arquitecto foi arranxar o lugar, quitando o que sobraba e recuperando deste modo a forma orixinal. Limpando a base, atopouse con que a pedra estaba asentada sobre unha paisaxe rochosa de gran beleza. Retiraron a terra e deixaron á vista o xardín de pedras. Tan só restaba construír os mínimos elementos para equipar o lugar. Fíxose un aparcadoiro e novos pavimentos que marcaran o comezo dos camiños sendeiristas. Dispúxose o miradoiro-banco baixo a rocha, que a súa vez delimítaa. Unha fina varanda guía o visitante entre o xardín de pedras cara ao miradoiro, onde pode admirar o monumento natural e a paisaxe sobre a ría de Arousa. Estaca de Bares é o punto máis ao norte da península ibérica e a fronteira entre o Atlántico e o Cantábrico. De novo tocáballe a Seoane intervir nun lugar simbólico. Alén do xeográfico, contaba coas pegadas dun castro, unha base militar, muíños e o salvaxe do mar e o vento omnipresente. Malia contar coa chegada de turistas, non estaba tratado con coidado. Deseñou o lugar para recibir co debido respecto os visitantes e permitir o acceso de persoas con cadeiras de rodas. Proxectou un novo espazo digno do sitio. Delimitou unha gran zona pavimentada bordeada por muros de pedra para ordenar o aparcadoiro. Estes muros préganse para transformarse en bancos, protexendo do vento á vez que fan de miradoiro. A intervención é moi sinxela e o suficientemente modesta para que a única protagonista sexa a paisaxe dos acantilados sobre o mar. Materia de preto Moitas das pezas do mobiliario exterior deste arquitecto son pedra ou madeira. Pedra e madeira son elementos tradicionais, mais nos seus deseños adquiren unha forma contemporánea. O que lle achegan estes materiais é economía, simplicidade e especialmente o oficio. Di que aínda quedan moitos profesionais que dominan o traballo artesanal destas materias. Canteiros e carpinteiros locais son quen de facer obras de gran precisión. O traballo de Seoane non chama a atención, pero hai que saber ver o detalle. De preto, a un metro, pódese observar o enorme esforzo que hai en cada parte. Onde as pezas traban unhas sobre outras con exactitude. Cada parte está minuciosamente deseñada para ir nese preciso lugar. Do interese de Carlos Seoane polos materiais naturais e do gusto polo detalle nace a exposición Da árbore á cadeira. El foi comisario desta mostra que estivo na Cidade da Cultura en 2017. Combinaba dous elementos: os bosques e o deseño en madeira. Por un lado mostrábanse as grandes árbores senlleiras, onde nace a materia prima. Fotógrafos e artistas plásticos retrataban este mundo. De novo en Ribeira tocoulle intervir sobre o patrimonio, neste caso nun lavadoiro, o de Artes, unha espectacular peza de pedra de 30 metros de lonxitude. Nel reflíctese a sabedoría dos nosos canteiros, que aínda perdura. Para rexuvenecelo decidiu quitarlle a cuberta de chapa oxidada coa que contaba e mostralo nu, devolvéndolle a identidade orixinal. Limpou a maleza e marcou o camiño de chegada. Estes eran espazos de socialización, especialmente da muller rural. Como homenaxe, construíu unhas gradas de pedra ao redor para admirar o monumento e sentar. Pouca xente lava a roupa nestes lugares, mais pódese recuperar para outra das súas funcións: un espazo para falar. Seoane centra o seu labor na procura de espazos agradábeis para as persoas, tanto na natureza como no centro da cidade, neste caso na Rúa Martín Herrera de Carballo. Esta rúa conecta edificios importantes como a biblioteca, o museo e a igrexa de San Xoán. O arquitecto ordenou o tránsito e incorporou o adro da igrexa, antes fechado, para a rúa. Deste modo, gañou máis espazo para o peón e aumentaron as zonas verdes. Agora a rúa é moito máis segura para a cidadanía e conta con máis espazos de socialización. Os pavimentos pasaron a ser de pedra e deseñou un mobiliario novo. Bancos e farois foron creados por Seoane especificamente para este lugar. A intervención pasa desapercibida, semella que sempre estivo aí, mais para os ollos curiosos, e de preto, pódese ver o agarimo nos detalles. |
PRAZA_328 | O vicepresidente de Abanca e dono do grupo venezolano que comprou ao Estado as antigas caixas galegas tivo 4,5 millóns de dólares a título persoal e 7 a nome de Banesco, segundo revela a lista Falciani e publica 'El Confidencial'. | Juan Carlos Escotet tivo cartos no banco HSBC de Xenebra, segundo se reflicte na lista Falciani e tal e como adianta El Confidencial. O vicepresidente de Abanca e dono do grupo venezolano Banesco, que comprou ao Estado as antigas caixas galegas, tiña 4,5 millóns de dólares na entidade suíza a título persoal e outros 7 a nome da entidade latinoamericana. Así se tira dos documentos desvelados por unha investigación internacional coordinada polo Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación (ICIJ) e Le Monde, na que participa este diario español en exclusiva para o Estado. Estas cantidades son moi pequenas para a fortuna de Escotet, cifrada por Forbes en 3.200 millóns de dólares, e este tería asegurado xa que son coñecidas polo Goberno venezolano, que á súa vez tiña 12.000 millóns nesta entidade, tal e como xa é sabido. Escotet tiña 4,5 millóns nunha conta persoal e outros 7 a nome de Banesco, cantidades moi pequenas tendo en conta a súa inmensa fortuna Estas cantidades dividíanse nunha conta persoal aberta en 2005, onde alcanzou unha cantidade máxima de 4,57 millóns de dólares no período 2006-2007, e outra a nome de Banesco con outros 7,04 millóns. Esta última foi aberta en 2004 e Escotet era tamén apoderado dela. Finalmente, hai unha terceira conta a nome de Luis Javier Luján, antigo socio de Escotet en Banesco, con outros 1,8 millóns. Juan Carlos Escotet non é residente fiscal en España, senón en Venezuela. Segundo un portavoz del a El Confidencial, "as contas en HSBC correspondentes a 2006-2007 están declaradas ao regulador venezolano e á autoridade fiscal de Venezuela". Do mesmo xeito, explica que a conta a nome de Banesco é unha conta de custodia de valores na cámara de compensación e liquidación Euroclear, basicamente para operar con bonos venezolanos e necesaria para a operativa mundial deste tipo de activos. |
NOS_52932 | Xornadas de máis de 12 horas, encadeamento fraudulento de contratos, desleixo en seguridade laboral... son algunhas das cuestións que denuncia a Federación de Construción da CIG, que fala de abusos laborais nas obras das firmas do xigante téxtil galego | Un grupo de sindicalistas da CIG realizaron na mañá desta terza feira unha ocupación simbólica da tenda de Zara no centro comercial Marineda da Coruña para protestar polo que denuncian que é unha "situación de explotación laboral" nas das diferentes firmas que fan parte de Inditex.. O sindicato explica o seu obxectivo é que as empresas acepten sentar a negociar as condicións laborais que deben regular estas obras. A Federación de Construción e Madeira da CIG explica que desde a contratista "prémiase" ás empresas "máis desreguladas, que deben aceptar incumprimentos sistemáticos dos convenios colectivos". Entre eses incumprimentos cita cuestións como a realización de xornadas de máis de 12 horas – "exceso de xornada que non se recompensa nin remunera"-, o incumprimento dos tempos legais de descanso, o "nepotismo" na contratación, o encadeamento fraudulento de contratos, ou a "relaxación" da vixilancia da seguridade e a saúde, co conseguinte incremento da sinistralidade, renuncia ás vacacións, etc. A isto engaden a obriga dos traballadores de estar en dispoñibilidade permanente "para viaxar en calquera momento a calquera lugar do mundo", o que provoca que nalgúns casos, afirma a CIG, o persoal chegue a pasar até seis meses sen ver a súa familia. Ademais, hai casos nos que os traballadores "deben devolver ás empresas os cartos gañados en diferentes países, como xa ten denunciado o sindicato UNIA en Suíza, que contou cunha representou na acción desenvolvida esta mañá pola CIG". O tecido de empresas galegas que prestan servizos en obras de tendas do téxtil superan o medio cento e dan traballo directo a miles de operarios. "Aparte do dano infrinxido a operarios, só en materia de horas extraordinarias non declaradas á Seguridade Social, a fraude pode acadar proporcións multimillonarias que o sindicato vai pór en coñecemento das autoridades". A CIG xa solicitou unha reunión á dirección de GOA Invest, a construtora de Inditex. |
NOS_3164 | Seguimos ao minuto a sesión de control ao goberno galego Pleno no Parlamento de Galiza. Feijóo negou que houbese agora máis emigración e paro que "co bipartito" e asegurou que @s galeg@s confían no PP e por iso o votan. BNG, AGE e PSdeG atribuíron ao presidente da Xunta ser responsábel do peor quinquenio na historia do país. | Pleno do Parlamento de Galiza ás 10:00 horas con sesión de control ao executivo de Núñez Feijóo. Aquí informarémoste ao minuto: 10:45: O presidente da Xunta abandona o Pleno, finalizada a sesión de goberno, e sen escoitar o resto das intervencións e propostas. 10:40. Núñez Feijóo. "Eu traballo por Ferrol, vostede vive a conta de Ferrol", dille Feijóo a Díaz. Como é habitual no presidente da Xunta cando debate con Yolanda Díaz, saca a cuestión 'de Andalucía' para falar do escándalo de EREs, entre outros. 10:37. Yolanda Díaz (AGE). Replica a Feijóo: "Se ten valor, veña á miña cidade, Ferrol, e dígalle á xente que hai traballo". Acusa o presidente da Xunta de querer facer boa a máxima goebbeliana de que unha mentira repetida mil veces faise verdade. 10:33. Núñez Feijóo. "Vostede non é de fiar", replica o presidente a Díaz. Como cos portavoces anteriores, nega os dados e di que non son reais. Insiste en que a situación era peor "co bipartito" e pregúntase a que vén que defenda Díaz aquel goberno. "Queren un tripartito?". Núñez Feijóo di que o sector conserveiro está agora mellor, igual que o da automoción e o da pesca. "Agora hai un banco en Galiza, malia que non lle goste o PSOE". 10:30. Yolanda Díaz (AGE). "É vostede un profesional. Debería adicarse ao teatro dramático. Velo actuar é para poñerse a chorar". Lembra a viceportavoz de Alternativa as promesas de Feijóo como líder da oposición e a realidade actual. "Vostede dixo que ía arranxar o do paro en 45 días. Tivo máis de 1.000 para facelo e o que conseguiu foi que aumentase en máis de 100.000 persoas". Acusa a Feijóo de aumentar a débeda até o 16% do PIB. 10:26. Núñez Feijóo. "Se vostede é un patriota, señor Jorquera, fale do problema da demografía e non invente sobre mozos que emigran. Emigraban máis cando vostedes gobernaban". Feijóo pregunta a Jorquera se a súa proposta "é unha Galiza independente" e dí que os galegos "non vamos votar iso, nunca imos votar unha República de Galiza. Iso non vale nin para aquí nin para ningures". O presidente da Xunta di lamentar "como galego" que o BNG vaia coligado con Bildu. "Non nos representan". 10:23. Jorquera (BNG). "Está o Instituto Nacional de Estatística manipulado polo BNG?" pregunta Jorquera, sinalando que os dados que Feijóo considera falsos son os ofrecidos por este organismo oficial español. O portavoz nacionalista saca a debate a corrupción no PP: "Por que mira sempre para o outro lado?", pregunta. "Gústelle ou non. Para o benestar da xente, para a economía, para Galiza.. estes cinco anos foron o quinquenio negro da historia do noso país". 10:19.Núñez Feijóo. "Nin os españois nin os europeos están mellor que hai cinco anos". O presidente afirma que "se fixeramos caso ás súas propostas, hoxe Galiza sería unha das comunidades rescatadas, sen solvencia". Insiste que Galiza é dos territorios con menos emigración e di que en 2007 "co bipartito" era cando emigraba máis mocedade. "Hoxe temos más futuro. Os galegos non lles botan de menos". 10:16. Francisco Jorquera (BNG): O portavoz parlamentar nacionalista lembra que desde 2009 "duplicouse o número de fogares nos que non entra ningún ingreso: 30.000". Sinala que "no noso país hai 120.000 persoas en situación de pobreza severa, esa é a realidade". "Leva 5 anos gobernando a Xunta. As súas políticas non teñen nada a ver coa situación?". O portavoz do BNG na Cámara fai un relatorio de temas (caixas, sector eléctrico,...) no que Galiza saiu damnificada nestes anos: "Con vostede como presidente, todos os sectores económicos galegos entraron en barrena". 10:13. Núñez Feijóo. "Non se crea que por dicir dados falsos, estes van ser realidade. Os galegos foron os que menos emigramos no 2012, por exemplo". Feijóo di que neste ano hai menos paro que cando comezou a lexislatura. "Hai máis futuro agora que cando no 2009 vostedes sairon do goberno de Galiza". 10:10. Méndez Romeu: "Señor Feijóo, o país está en declive, esmorecendo.Vostede ten maioría absoluta, exérzaa. Destitúa a ese goberno incompetente e nomee persoas que coñezan a realidade". Fai un relatorio de diferentes sectores (lácteo, pesca, vivenda, industria...) na que, afirma, a Xunta nada fixo. 10:07. Núñez Feijóo: "Os galegos xulgaron con moita claridade a nosa primeira lexislatura. Déronnos de novo a maioría e con máis escanos". O presidente da Xunta di que "nos toucou xestionar a peor crise da historia". 10:03. Méndez Romeu (PSdeG): "Señor presidente, a maioría das persoas de Galiza viven peor hoxe por mor das súas políticas". O portavoz parlamentar d@s socialistas expón dados que mostran que" por primeira vez na historia de Galiza ter un posto de traballo non garante nin sequer fuxir da pobreza". Roumeu acusa a Feijóo de recurtar 1.800 millóns de euros en políticas sociais. "Cal é a súa valoración, señor presidente?". |
NOS_55357 | A CIG-Construción denuncia que a empresa vulnera o pacto ao que chegaron aplicando o convenio estatal. Alertan do perigo desta situación nunha comarca "moi desindustrializada". | O persoal de IKF, compañía dedicada á fabricación de materiais refractarios con sede na Guarda, iniciou esta terza feira unha folga indefinida despois de que a dirección confirmara que non renuncia a prolongar a dobre escala salarial e que actualizará os soldos en base ao convenio estatal, vulnerando o pacto de empresa. Desde a CIG-Construción denuncian nun comunicado que esta situación chegou polo "descoido da función tanto da Xunta como da autoridade laboral, que tras 35 días de paros continúan sen obrigar a IKF, malia rexeitar a mediación, a sentar para solucionar o conflito laboral". Inicio da folga A decisión de comezar a folga indefinida adoptouse esta pasada segunda feira, segundo explican desde a central nacionalista, "despois de que o director de recursos humanos no Estado español da transnacional francesa propietaria de IKF lles trasladase en asemblea ás e aos traballadores que non dan marcha atrás nas súas pretensións de precarizar as condicións laborais". Lembran que se trata dunha compañía con 125 anos de historia "nunha zona desindustrializada como a comarca do Baixo Miño" Como consecuencia desta decisión, iniciaron un paro indefinido que foi secundado, segundo afirman, por 53 das 55 operarias e operarios de produción. Desde a CIG-Construción critican que a empresa estea a rexeitar a mediación para pór fin ao conflito, ao tempo que denuncian que nin a Xunta nin a autoridade laboral exerzan as súas competencias e a obriguen a sentarse. Lembran que se trata dunha compañía con 125 anos de historia "nunha zona desindustrializada como a comarca do Baixo Miño", polo que ten un importante peso no emprego e na economía local. En canto á dobre escala salarial que propuxo a empresa, desde a CIG afirman que implicaría "que durante unha década convivirían na empresa traballadoras e traballadores facendo o mesmo labor e cobrando distintos salarios", algo que rexeitan. |
NOS_30194 | A palestra, que decorrerá o domingo, fai parte dos actoos organizados polo Ateneo coa colaboración do Concello | José Vieira, un daqueles capitáns que protagonizou o 25 de abril de 1974 portugués, estará este domingo en Moaña para participar nunha palestra sobre a Revolución dos Cravos. Este acto fai parte do programa feito polo Ateneo de Moaña e que se desenvolve esta semana en colaboración co Concello. Desde a segunda feira, 24, a Casa do Concello acolle unha exposición de cartaces orixinais do da revolución portuguesa, e a cuarta feira, 26, proxectarase o documentario 'A hora da liberdade'. O domingo será cando José Vieiras fale daquela data e suceso histórico. Será ás 12:00. Apos o coloquio, terá lugar un xantar-convivio na Adega de Amadeo, en Meira, Moaña. |
PRAZA_12745 | Os populares desbotan unha moción coa que o PSdeG reclamaba que a regulación legal da propaganda institucional, prometida por Feijóo para a primeira metade da lexislatura, chegase ao Parlamento antes do verán | Hai debates que veñen regresando ao Parlamento de Galicia de xeito cíclico. O uso da publicidade institucional é, posiblemente, un dos conflitos máis recorrentes entre Goberno e oposición. Durante a pasada lexislatura o PPdeG cargaba con dureza contra os excesos publicitarios do Executivo bipartito e insistía en que o "desbalde" ía rematar co seu retorno a San Caetano. O mellor xeito de aforrar en anuncios é "non facelos", insistía Alberto Núñez Feijóo como candidato á presidencia da Xunta en 2009, ao tempo que anunciaba a súa intención de aprobar a Lei de Publicidade Institucional que PSdeG e BNG non foran quen de facer malia tela prometido. Ese regreso produciuse e o novo presidente puña prazos: na primeira metade da lexislatura sería unha realidade. Nos primeiros meses de mandato o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, reiteraba esa promesa. A norma chegaría con esa premura por ser "urxente". Pero ese prazo foise dilatando e a lei aínda non chegou ao Parlamento. A oposición socialista tentou acelerar este martes o proceso pero, de novo, volveu bater cos votos do grupo maioritario. Apenas dúas semanas despois de que o titular de Presidencia prometese por terceira vez impulsar a lei o PSdeG apostou, co apoio do BNG, por concretar prazos. A través dunha iniciativa de José Manuel Lage Tuñas esixían que esta regulamentación chegase antes da fin do actual período de sesións, isto é, antes do remate do mes de xuño. Trátase, segundo Lage, de poñerlle fin á "relación feudal cos medios de comunicación" e, ao tempo, "obrigar a facer públicos os contratos de publicidade" da Xunta e poñerlle fin aos convenios "discrecionais" entre o Goberno e a prensa. O voceiro do PP, Agustín Baamonde, di estar "de acordo en que hai que facer esa regulamentación" e en "separar a publicidade da propaganda". "Pero non compartimos nin as formas nin os criterios" da moción. O conservador observa na iniciativa un "criterio de oportunismo político" e de "mero aproveitamento conxuntural como lle pasaba a Enrique IV de Francia" ao afirmar que "París ben vale unha misa". "O que lle preocupa é que o PP poda instrumentalizar os medios de cara a unha hipotética campaña electoral", evidenciou Baamonde. Pero o PP "é unha formación de ampla tradición democrática e sabe perfectamente que o control dos medios é imposible e pódese volver contra un mesmo". Ademais, asegura, "hoxe a xente non acode aos medios para informarse", senón para "reafirmarse". "O papel da prensa como cuarto poder está a ser posto en entredito", abonda. Malia todo, o popular mantén que o Goberno galego aprobará a Lei de Publicidade Institucional e agrega que "está a cumplir o calendario previsto", aínda que a metade da lexislatura se traspasase hai un ano. "Máis oportunismo ca necesidade", conclúe. O PP asegura que non "instrumentalizará os medios" de cara á campaña electoral pola súa "ampla tradición democrática" Para o autor da moción o PP escúdase "na defensa daquilo que é case imposible" para non impulsar a norma e manter "as dobres páxinas pagadas polo Goberno" con contidos de "autobombo" mentres "recortan en Benestar e Educación". En opinión do nacionalista Alfredo Suárez Canal os argumentos do PP na regulación da propaganda gobernamental correspóndense co dun presidente que é "un auténtico contacontos". "Iniciou a lexislatura co Frautista de Hamelin", "no seguinte período falounos doutro, A bela e a besta", sendo a besta "o bipartito nuns casos e o Goberno central, "noutros". Nas proximidades das eleccións xerais "cambiou o conto e pasou a ser A bela durminte", no que "o Goberno galego podía sestear porque coa chegada do príncipe Rajoy teríamos practicamente resoltos todos os problemas". Por último, a Xunta "pasou a Esopo". "Que vén o lobo, a crise ten nova dimensión!", ilustra Suárez Canal. Moción do PSdeG |
NOS_32308 | A Dirección Xeral de Estradas, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, encargou á consultora pública Ineco a elaboración de nove informes para valorar un novo sistema de financiamento das estradas. | O Goberno español vén de iniciar os trámites para estudar as distintas posibilidades encamiñadas a introducir un novo sistema de peaxes en todas as autovías estatais a partir de 2024, tal e como se comprometeu con Bruxelas a cambio de recibir os fondos europeos valorados en 70.000 millóns de euros en subvencións. O Goberno do Estado regulará o sistema de telepeaxes para facelo compatíbel co resto de Europa A Dirección Xeral de Estradas, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, encargou á consultora pública Ineco a elaboración de nove informes para valorar un novo sistema de financiamento das estradas, segundo a documentación publicada no portal de contratacións. O custo destes servizos ascenderá a 1,4 millóns de euros e o prazo estabelecido será de 10 meses. Ineco xa contratou os servizos de KPMG Avogados por 89.000 euros para realizar o servizo de asesoramento xurídico especializado en materia fiscal e tributaria no ámbito das estradas, como parte deste contrato. Estudo previo O pasado mes de xuño, a ministra Raquel Sánchez descartou iniciar o debate correspondente para comezar a deseñar este plan, co obxectivo de dar prioridade á situación económica. Transportes estuda cobrar máis nas futuras peaxes das autovías aos vehículos máis contaminantes Con todo, volveu confirmar que se aplicará esta medida e avanzou que xa se estaba realizando un estudo previo. Desta forma, o 10 de xuño formalizouse o contrato interno entre a Dirección Xeral de Estradas e Ineco, e o pasado 10 de agosto esta empresa adxudicou os servizos de asesoramento a KPMG. Todos os documentos apuntan ao ano 2024 como o ano a partir do cal "poderían" implantarse as peaxes. Recomendacións da UE O Executivo estatal defende que este plan corresponde coas recomendacións específicas feitas ao Estado español no marco do Semestre Europeo 2019-2020 e ao aliñamento coas axendas estratéxicas da Unión Europea. A maioría de países da UE, entre eles algúns lindeiros como Italia, Francia ou Portugal, aplican peaxes de maneira xeneralizada. Galiza, á cabeza do Estado en quilómetros de peaxe Estes contratos abren a primeira das tres fases nas que se articulará esta medida. A segunda será o deseño e enxeñaría da solución adoptada e a terceira estará constituída polos servizos necesarios de soporte para a licitación da implantación do novo sistema de cobro. Un dos primeiros elementos que se analizarán nestes informes será se se adopta un sistema de viñetas, coas que se paga unha cantidade fixa ao ano para poder circular, ou de peaxes, que dependerá da distancia que se percorre en cada momento. A peaxe en autovías non suporá "agravios" entre territorios, segundo o Goberno español Tamén se estudará se son só as autovías estatais ou tamén as autonómicas (para non crear agravios territoriais) ou mesmo calquera estrada, así como a posíbel progresividade fiscal para non prexudicar os colectivos máis vulnerábeis. |
PRAZA_2202 | As consultas que as unidades médicas lles fan aos Comités de Ética Asistencial non son vinculantes. A Asociación Derecho a Morir Dignamente denuncia que "o que se está facendo axústase a unha visión cristiá e non á lei" | A vida dunha nena pendente dun debate legal. Será un xuíz quen decida como debe morrer Andrea. Non puideron facelo os seus pais, despois de que o equipo médico do hospital de Santiago se negase a retirarlle a alimentación. Os médicos remitiron o caso á xustiza. Os pais anunciaron unha denuncia. Unha encrucillada xudicial que alongará a espera dunha nena que tras 12 anos de enfermidade chegou ao momento de non retorno. A batalla de Andrea comezou ao nacer. Desde entón, ela e a súa familia loitan contra unha enfermidade rara dexenerativa e irreversible, que a pesar de xerarlle complicacións lle permitía vivir de "maneira confortable". A doenza de Andrea complicouse o pasado verán e, tras sufrir unha trombopenia, a pequena permanece agarrada á vida de maneira artificial. Andrea recibe coidados paliativos, unha atención que só chega ao 10% dos menores que a necesitan. Pero, que establece a lei? Galicia, coma outras comunidades autónomas, conta cunha lei propia que regula os dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais A Lei Básica da Autonomía do Paciente, aprobada en 2002, establece no seu artigo 2 que calquera "paciente ou usuario ten dereito a decidir libremente, despois de recibir a información adecuada, entre as opcións clínicas dispoñibles", así como que "ten dereito a negarse ao tratamento". Esta lei concédelle o dereito a negarse a recibilo, e establece que todo profesional que interveña na actividade asistencial vese obrigado "ao respecto das decisións adoptadas libre e voluntariamente polo paciente". En casos como o de Andrea, no que a paciente é menor de idade, a mesma lei no artigo 9.3 establece que o consentimento deberá dalo o "representante legal do menor". O articulado aclara que se o menor é maior de 12 anos os titores legais deberán ter en conta a súa opinión se está en condicións de argumentala. Todas as normativas coinciden en que o enfermo ou, na súa ausencia, a súa familia, teñen dereito a rexeitar o tratamento proposto polo equipo médico tras recibir a debida información Doutra banda, Galicia, coma outras comunidades autónomas, conta cunha lei propia que regula os dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais. Ese código ten como principal obxectivo garantir a calidade de vida das persoas en fase terminal. A través desta normativa autonómica, o Goberno de Galicia especifica algúns puntos regulados pola normativa estatal, como que o rexeitamento ao tratamento debe constar por escrito, algo que por exemplo é distinto en Andalucía, onde se pode facer de maneira verbal. A lei galega, como todas as autonómicas, é unha norma complementaria que regula os procedementos médicos pero que non limita en ningún caso o dereito a rexeitar o tratamento. Os médicos de Andrea negáronse porque non consideran que a nena estea nesa última fase, segundo relatou a nai. Andalucía, Aragón, Navarra, Canarias e Baleares teñen tamén lexislacións propias que regulan os dereitos dos enfermos en fase terminal. Todas coinciden en que o enfermo ou, na súa ausencia, a súa familia, teñen dereito a rexeitar o tratamento proposto polo equipo médico tras recibir a debida información. Así como todas recoñecen o dereito do paciente á sedación paliativa para evitar o seu sufrimento durante esta última etapa da súa vida. Todas as lexislacións, tanto a estatal coma as autonómicas, réxense cumprindo o establecido no Código Penal. A normativa, no seu artigo 143, establece penas de cárcere a aqueles que "causen ou cooperen" na morte da vítima dunha enfermidade grave, aínda que esta conducise "necesariamente á súa morte" A intervención dos Comités de Ética Os Comités de Ética Asistencial son un grupo de análise que establece un ditame non vinculante sobre posibles conflitos éticos aos que os profesionais sanitarios poidan enfrontarse Os Comités de Ética Asistencial son un órgano non obrigatorio co que contan habitualmente os hospitais de certo tamaño. Trátase dun grupo de análise que establece un ditame non vinculante sobre posibles conflitos éticos aos que os profesionais sanitarios poidan enfrontarse. Son grupos multidisciplinares, formados por persoal sanitario entre os que se atopan médicos, enfermeiras, psicólogos e cando menos un traballador social, un licenciado en Dereito e algún profesional externo que sexa totalmente alleo ao ámbito sanitario. "A decisión dos comités", explica o presidente do Comité de Ética e Deontoloxía do Colexio de Médicos da Coruña, Fernando Márquez, "adoita ser acatada polos médicos, pero ao non ser vinculante non os obriga a nada". "A decisión dos comités", explica o presidente do Comité de Ética e Deontoloxía do Colexio de Médicos da Coruña, Fernando Márquez, "adoita ser acatada polos médicos, pero ao non ser vinculante non os obriga a nada" O doutor Márquez apunta que nos casos de conflito ético a decisión última está en mans da unidade médica que trate o paciente. Sinala que no trato con pacientes en fase terminal o máis importante é que os médicos non caian na obstinación terapéutica, é dicir, que non alonguen a agonía do paciente facilitándolle terapia que prolongue o seu sufrimento se o caso é irreversible. O doutor apoia que os profesionais sigan as decisións dos Comités de Ética. En realidade, os médicos teñen capacidade para decidir sobre a aplicación da lei. O último paso na loita pola morte digna se o médico non aproba que se retire o tratamento é acudir á xustiza. É o caso de Andrea O último paso na loita pola morte digna se o médico non aproba que se retire o tratamento é acudir á xustiza. É o caso de Andrea. É unha denuncia ante a Fiscalía de Menores o que iniciará o proceso. A familia deu ese paso tras considerar que o hospital está a vulnerar os dereitos da súa filla ao seguirlle fornecendo alimento por vía artificial tras dar o seu consentimento informado para que se lle retire e recibir o apoio do Comité de Ética Asistencial. Tamén o equipo médico do hospital de Santiago remitiu o caso ao xulgado para que se pronuncie e a decisión tomarase "de forma inmediata", segundo o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Un compoñente "ideolóxico" O doutor Montes asegura que no caso de Andrea, coma no de Inmaculada, o establecido pola lei "é unha norma de obrigado cumprimento" e advirte de que "o que se está facendo axústase a unha ética e a unha visión cristiá e non á lei" A Asociación Derecho a Morir Dignamente (DMD) denuncia que a negativa dos médicos do Hospital Clínico Universitario de Santiago se debe a motivos ideolóxicos, e que a única solución para que estes casos deixen de producirse é a creación dunha lei que regule a eutanasia. O presidente de DMD, o doutor Luis Montes, denuncia que este non é o primeiro caso no que non se respecta o dereito do paciente e lembra, entre varios, o caso de Inmaculada Echevarría, unha muller de 51 anos que morreu ao ser trasladada a un hospital público despois de que os médicos do centro católico no que estaba ingresada se negasen a desconectala do respirador que a mantiña con vida. Inmaculada recibiu o apoio da xustiza. Montes asegura que se está facendo unha mala práctica médica" e avoga pola creación dun "protocolo de garantías no que non haxa abusos" O doutor Montes asegura que no caso de Andrea, coma no de Inmaculada, o establecido pola lei "é unha norma de obrigado cumprimento" e advirte de que "o que se está facendo axústase a unha ética e a unha visión cristiá e non á lei". Montes asegura que se está facendo unha mala práctica médica" e avoga pola creación dun "protocolo de garantías no que non haxa abusos", algo que segundo el só se pode conseguir "se hai unha lei de eutanasia ou morte a petición". Como o regula o resto de Europa Holanda, Bélxica, Suíza e Luxemburgo permiten a eutanasia. En Europa só estes países admiten na súa lexislación a morte inducida por medios médicos. Unha práctica que no resto do mundo tamén é pouco habitual. Só Colombia e algúns estados dos Estados Unidos teñen regulado e sen penar o suicidio asistido. A Asemblea Nacional Francesa aprobou, e non sen polémica, este 2015 unha lei sobre o final da vida, o que foi unha das propostas electorais insignia do presidente da república François Hollande. Unha lei que prevé a "sedación profunda e continua do enfermo terminal até a súa morte", unha norma que segue sen favorecer ao suicidio asistido pero que se asemella ás lexislacións nacional e autonómicas de España. |
NOS_57975 | Os reitores das tres universidades galegas coincidiron onte en sinalar que a coordinación será o elemento chave de traballo do novo Ministerio de Universidades. Segundo consideran os máximos responsábeis da institución académica en Compostela, A Coruña e Vigo, o ministerio deberá enfrontar como "primeiro reto" a posibilidade de sacar adiante unha nova lei orgánica para estas institucións que actualice a existente. | Os tres reitores participaron onte nun acto en Compostela xunto coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para informar sobre programas universitarios para maiores. Segundo apuntaron, unhas 3.000 persoas de máis de 65 anos, "maioritariamente mulleres", participan anualmente nos programas de educación regrada ofertados polas universidades. A preguntas dos medios tras este acto, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, explicou que o punto central para este novo ministerio será sacar adiante esa nova lei orgánica de universidades, para o que será necesario "chegar a acordos" con outros partidos fóra do Goberno en aras de alcanzar a maioría suficiente. "Debería poñerse desde o minuto un a tecer as alianzas para esa nova lei", considerou Reigosa, en referencia ao ministro Manuel Castells. Os reitores apuntan cara á renovación legal nos deberes que ten por diante o novo Goberno, con aspectos que van desde o financiamento dos centros aos "problemas de renovación" do persoal. "O reto é a nova lei de universidades e iso precisa de coordinación e acordos", manifestou, na mesma liña, o reitor da USC, Antonio López, mentres que o responsábel da UDC, Julio Abalde, incidiu en cuestións como a regulación do persoal docente e investigador, o decreto de bolsas ou o regulamento disciplinario dos estudantes. "Hai moita normativa que ten que ser actualizada", indicou. A ollos dos tres reitores galegos, a separación do Ministerio de Universidades do de Ciencia, adoptado polo novo Goberno central, requirirá "diálogo e coordinación", aínda que, segundo advertiu Antonio López, "as políticas son máis importantes que as estruturas de Goberno". Reigosa cualificou a decisión de separar os dous departamentos como "heterodoxa", despois de que a Conferencia de Reitores e Reitoras teñan amosado o seu rexeitamento. O reitor da Coruña, pola súa banda, recoñeceu que foi "un avance" cando, no seu momento, se uniu o departamento de Universidades co de Ciencia no Goberno. "Mais que agora se separen non ten por que ser un problema", subliñou. "O importante é que se coordinen", engadiu. Neste sentido, Abalde lembrou tamén que o diálogo para as necesidades de investigación do sistema universitario non deberá estabelecerse unicamente co Ministerio de Ciencia, senón que precisará de contactos con outros departamentos, como Educación ou Sanidade. |
NOS_49648 | Andrei Karlov foi tiroteado cando visitaba unha exposición. O agresor foi abatido pola policía turca. Vídeo no interior | Andrei Karlov, embaixador ruso en Turquía, foi asasinado esta segunda feira cando visitaba unha exposición en Ankara. O atacante, un policía de 22 anos, segundo o Concello de Ankara, que foi abatido posteriormente pola policía, tiroteu o diplomático. Algunhas fontes sinalaban que proferiu berros sobre Alepo, a cidade siria que vén de ser recuperada polo goberno sirio con apoio ruso. No ataque outras tres persoas resultaron feridas. "Alá é grande, Alá é grande, Alepo vinganza", sería o que dixo o atacante, segundo estes medios. O vídeo pode ferir a sensibilidade do lector Покушение на российского посла попало на видео© indigo dergisi https://t.co/WUM7aRUiF5 pic.twitter.com/Um2egIDfUM— РИА Новости (@rianru) 19 decembro 2016 As primeiras versións indican que o asasino accedeu ao recinto cunha credencial de policía e realizou varios diparos ao ar, conseguindo así que a xente se dispersase. Foi entón cando se achegou ao embaixador, ao que disparou catro ou cinco tiros. Fontes da embaixada rusa en Ankara, citados por medios turcos, consideran que poderiamos estar ante un ataque de terroristas jihadistas. |
NOS_45111 | Entre o dez de outubro do ano dous mil e dezasete e o catro de marzo deste dous mil e dezaoito que está pronto a finalizar o Museo do Mar, en Vigo, acolleu a exposición titulada Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas | No catálogo daquela exposición, unha breve nota a modo de prólogo asinada polo Presidente da Xunta señor Núñez Feixoo, cualifica o evento como "o proxecto expositivo máis importante" dos acometidos en dous mil e dezasete para afirmar tamén que a mostra enraíza "na necesidade de afirmar a personalidade galega". Concordo co señor Presidente nesta necesidade. Cen anos antes de comezar a exposición comentada, o vinte e catro de febreiro de mil e novecentos e dezasete, a Gaceta de Galicia dá conta dos traballos de Oviedo Arce, publicados na Boletín da RAG, sobre o pergamiño encontrado uns anos antes. O autor da columna, que asina A.R.E., recoñece o valor simbólico do achado, moito alén do económico, e pide que se compren "esos trozos de pergamino que hoy posee el Sr Vindel y que contien el genuino Martín Codax", seguindo o exemplo do Estado Alemán que para reunir as obras de Hugo Van der Goes pagou unha millonada polo Retábulo de Monforte, finalmente adquirido en mil novecentos trece e trasladado a Alemaña. Porque o aprezo e a estima polo propio é o que dá fe do verdadeiro patriotismo. Por iso, di a Gaceta, "debiera venir a la posesión de Vigo" para aquí gardalo e conservalo. Hoxe Vigo, as autoridades municipais, están máis viradas para os xogos de luces do que para a divulgación e dignificación da memoria mais, se cadra, e ignoro cal é o prezo do pergamiño Vindel, co que costa tanta contaminación lumínica podíase afrontar a compra e traslado desta peza artística a Galiza e, tamén se cadra, conseguíamos tanto turismo para ver esta peza. Mais para iso son outras as luces que se precisan. |
NOS_25916 | Desde a cidade de Ferrol comprometeuse Lidia Senra a traballar no Parlamento Europeo en defensa do comercio local fronte os tratados internacionais de libre comercio como o TTIP, TISA ou CETA. | A coalición En Marea-Compromiso por Europa mantivo un encontro en Ferrol con comerciantes dos tres mercados da cidade: A Magdalena, Caraza e Recimil. No desenvolvemento deste acto, a candidata ao Parlamento Europeo, Lidia Senra, defendeu como impulso necesario para o mercado local a comercialización do produto de proximidade. A este respecto, afirmou que traballará na eurocámara por unha Unión Europea que poña no primeiro plano o comercio e os mercados locais e de proximidade fronte os acordos internacionais de libre comercio. Nese sentido, lembrou a súa posición contraria ao Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP), ao Acordo en Comercio de Servizos (TISA) e ao Acordo Integral sobre Economía e Comercio (CETA). "O noso compromiso é seguir pelexando neste sentido durante os próximos 5 anos", afirmou a eurodeputada. "Todo o mundo sabe que o 26M hai eleccións municipais, pero moita non sabe que hai tamén ao Parlamento Europeo", lamentou Senra Defensa das pensións En canto ao sistema público de pensións, a candidata de En Marea-Compromiso por Europa anunciou que seguirá loitando para que "ningunha persoa entre na pobreza unha vez que chega ao remate da súa vida laboral" e demandou pensións dignas que garantan calidade de vida para todas as persoas. Chamamento ao voto Senra realizou tamén desde Ferrol un chamamento ao voto para este domingo e sinalou que o 80% das decisións políticas que afectan directamente as persoas tómanse na UE. "Todo o mundo sabe que o 26 de maio hai eleccións municipais, pero moita non sabe que hai tamén ao Parlamento Europeo", lamentou Senra. |
PRAZA_20707 | O Bloque remitirá ao Parlamento unha Lei de Memoria Histórica galega para anular os xuízos franquistas e devolver o Pazo de Meirás ao pobo | "Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar) condéname". Ás cinco e cuarto da madrugada do 17 de agosto de 1936 Alexandre Bóveda dirixíase así ao seu irmán a través dunha carta, a derradeira da súa vida. Poucas horas despois sería asasinado polos franquistas, que catro días antes escenificaran a súa disposición a fusilalo no que presentaron como un xuízo por traizón. A data do asasinato de Bóveda é conmemorada cada ano -aínda que sen o apoio do Goberno galego- como Día da Galiza Mártir e serve non só para lembrar a figura do político galeguista, senón a de todas as persoas que sufriron a represión franquista en Galicia. Neste xoves, outra vez, houbo homenaxes a Bóveda e aos milleiros -unhas 5.000- asasinados pola represión franquista tan só nos anos nos que transcorreu a guerra civil. En Marea e BNG acudiron a Pontevedra e Caeira (Poio), onde foi fusilado, para uns actos nos que pediron "recuperar a memoria do sucedido" e "a vixencia do pensamento político e das propostas fiscais" do militante nacionalista. Villares pide "recuperar a memoria do sucedido" e dos "valores que defendían as persoas que se enfrontaron á morte" O portavoz de En Marea, Luís Villares, o legado de Bóveda e subliñou que a súa formación busca coa homenaxe "recuperar a memoria do sucedido" e dos "valores que defendían as persoas que se enfrontaron á morte" pola súa defensa. Ademais, volveu pedir que "sexa anulada" a "farsa de xuízo" que sufriu o política galeguista para que "quede constancia na hisoria de que o que houbo non foi un xuízo, senón directamente un asasinato no medio dun réxime de terror imposto polos sublevados en contra da democracia". Pola súa banda, Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, logo da homenaxe en Poio anunciou no acto celebrado en Pontevedra que o BNG remitirá ao Parlamento galego unha Lei de Memoria Histórica para o recoñecemento e reparación de todas as vítimas do franquismo. "Queremos que Galiza conte cunha lei propia co máximo rango institucional", dixo. O BNG ultima unha Lei de Memoria Histórica galega para anular os xuízos franquistas e devolver o Pazo de Meirás ao pobo Pontón avanzou que o texto lexislativo do BNG inclúe anular todos os xuízos e condenas ditadas polos tribunais do franquismo entre 1936 e 1978, a diferenza do que ocorre coa Lei estatal de 2007. Resulta "indecente", afirmou que Amalia Bóveda, 81 anos despois continúe agardando a anulación do xuízo contra o seu pai e sexan desestimados todos "falsos cargos" contra el. A lei que o BNG vai defender no Parlamento galego tamén reclama a exhumación das vítimas soterradas en foxas comúns e a supresión de toda a simboloxía franquista, porque resulta "inconcibible" que persistan estes símbolos, distinción e honores aprobados pola ditadura. "No ano 2017 aínda temos que asistir ao disparate de ver como o Goberno da Xunta de Feijóo delega na Fundación Francisco Franco a xestión das visitas ao Pazo de Meirás, unha entidade adicada a enaltecer a figura e valores do ditador", aclarou. Pontón reivindica a vixencia do pensamento político e das propostas fiscais de Alexandre Bóveda O BNG tamén inclúe na lei galega da Memoria declarar institucional o 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, como "data de homenaxe a todas as vítimas da represión", elaborar un "mapa de lugares da memoria" preservando o simbolismo de espazos como o da Illa de San Simón declarándoa "Illa da memoria" e crear o Consello Galego da Memoria para divulgar a historia das décadas escuras, porque "nin podemos, nin queremos pasar páxina mentres non haxa xustiza e reparación con todas e cada unha das persoas ás que o fascismo deixou tiradas nas cunetas". |
NOS_48867 | O Tribunal Xeral da UE anula a decisión da Comisión europea que declaraba ilegal estas axudas. Unha medida que prexudicou especialmente o naval galego, que ficou paralizado. | O 'tax-lease' non era ilegal. Así o ditaminou esta cuarta feira o Tribunal xeral da Unión Europea nunha sentencia que bota por terra a decisión da Comisión europea que declaraba ilegais estas axudas, obrigaba os inversores devolver beneficios fiscais obtidos e prohibía aplicar créditos fiscais no futuro. O ditame responde a un recurso interposto polo Goberno spañol contra o executivo comunitario e outro presentado por Pequenos e medianos estaleiros, mais existen 63 recursos máis dunhas 80 empresas. A decisión da Comisión adoptouse no mandato do ex-dirixente do PSOE Joaquín Almunia como comisario de Competencia. Consideraba que o 'tax-lease' era unha axuda de estado ilegal e obrigou a Facenda a calcular e reclamar o importe non embolsado polos inversores. O 'tax-lease' é un sistema de arrendamento que permite xerar créditos fiscais ás empresas que investían en construción de buques para o seu posterior arrendamento e venta a navieiras que, á súa vez, tiñan desconto de até un 30% para adquirilos. Galiza, especialmente prexudicada Galiza é un dos territorios máis afectados por aquela decisión da Comisión europea. Afectado tanto polo que se vía obrigado a devolver (case o 50% do total), senón principalmente porque a anulación do 'tax-lease' paralizou case totalmente o naval galego. Os pedidos caeron en picado e iso derivou en milleiros de despdimentos. Todo por unha decisión de Bruxelas que agora a xustiza europea vén tirar polo chan dicindo que non era a correcta. |
PRAZA_574 | O aspirante a optar a alcaldía de Santiago por Compostela Aberta aposta por crear un novo "espazo político" entre a capital e os concellos limítrofes e manifesta a súa intención de continuar como rexedor de Teo "ata maio". | "Vai ser unha batalla de Agustín Hernández contra a cidadanía de Compostela". Martiño Noriega, aspirante dende o pasado mércores a optar á alcaldía de Santiago pola plataforma Compostela Aberta, citou este xoves a prensa ante a que fora casa de Ánxel Casal, o alcalde galeguista e republicano da capital fusilado polos franquistas. Nese simbólico enclave e a "título persoal" -as persoas candidatas non o serán oficialmente ata o venres, cando sexan proclamadas- Noriega explicou as razóns que o levaron a apostar pola candidatura e tamén a vontade coa que se dispón a liderala. A "vocación" da plataforma non vai ser "repartir migallas" ou "meter tres ou catro concelleiros" na corporación compostelá, senón "gañar". Ante unha notable expectación mediática Noriega foi cuestionado polo que, a priori, semella o elemento máis complexo da súa chegada á política municipal santiaguesa: o tránsito dende Teo, concello do que segue sendo alcalde. A súa intención, sinala, é manterse como rexedor teense "ata maio" e, dende o 24-M, exercer a "responsabilidade" en Compostela, explica ao ser cuestionado sobre se permanecerá na corporación con independencia dun resultado electoral que tornará en "reválida" na que "a cidadanía avalará ou penalizará" os "comportamentos" do PP nos últimos anos. "A cidadanía consciente -advirte- non pode facer incomparecencia neste proceso, non podemos mandarlle unha mensaxe ás xeracións futuras de que só o PP pode rexenerar o PP, que só a mafia pode rexenerar a mafia". Compostela Aberta anuncia este venres a relación definitiva de persoas candidatas a formar parte da lista "O que aconteceu na cidade nestes anos" foi, precisamente, un dos motivos que o levaron a dar o paso. Agora, di, o presidente da Xunta e o propio Agustín Hernández están "a empregar medios económicos e humanos para defender o indefendible" e están a facelo "nun momento histórico" no que "se pode abrir un novo ciclo político" ou, pola contra, "renovar contractualmente un réxime esgotado". Por este motivo, subliña, o papel de Compostela se converte en especialmente relevante. No plano máis puramente local Noriega amósase favorable de abordar dende o Concello toda a "realidade política da comarca". Santiago, di, pode exercer como "gran capital" que "impulse" un "espazo político" no que participen "tanto o Concello de Teo como Ames". "As fórmulas son diversas e poden pasar dende a reactivación da mancomunidade" ata a creación dunha área metropolitana ou o impulso dunha fusiń "testada coa vontade popular". "Ese espazo político -augura- poderase crear a partir de maio". As reaccións Mentres a plataforma pecha a relación de persoas candidatas ás primarias abertas para formar parte do resto da lista chegaron tamén as primeiras reaccións á irrupción de Noriega. "En poucas horas o retorno na rúa e nas redes sociais está a ser moi positivo", afirma, se ben tamén destaca que "as críticas sei de onde veñen, pero tamén sei onde está a xente que paga a pena". Neste contexto e no ámbito puramente partidario as primeiras reaccións chegaron do Goberno local compostelán, dubidando do seu coñecemento da realidade da cidade, e tamén do ex alcalde socialista Xosé Sánchez Bugallo, que o instou a non utilizar Santiago como trampolín. Feijóo coida que a candidatura de Noriega vai "prexudicar máis a outros" porque quen se integra en CA "nunca militaron no partido galeguista reformista, que é o PP" Dende o atril do Consello da Xunta o presidente, Alberto Núñez Feijóo, tamén foi instado pola prensa a valorar a candidatura de Noriega, de quen dixo non saber "exactamente cal é o partido polo que se presenta", porque "parece ser que son cinco ou seis partidos conxuntos". Así e todo, Feijóo asegura non ter especial preocupación polas consecuencias electorais que o novo candidato poidan ter para o PP. "Polo que sei", indica o titular da Xunta, os colectivos e persoas "que hai neste movemento, me dá a sensación de que nunca militaban no entorno do partido galeguista reformista, que é o PP", polo que van "prexudicar máis a outros que ao partido maioritario en Compostela". |
NOS_50076 | Antropóloga, académica e investigadora, Marcela Lagarde (Cidade de México, 1948) é unha das figuras con maior relevancia no feminismo. De feito, as súas obras sentaron as bases de conceptos como sororidade e acuñou o termo feminicidio. Desde o seu escano como deputada do Partido da Revolución Democrática, a estudosa marxista impulsou a Lei para o acceso das mulleres a unha vida libre de violencia. Aténdenos ao remate dun seminario de apoderamento das mulleres na contorna universitaria organizado na Facultade de Ciencias Políticas da USC pola rede Armela e a Oficina de Igualdade. Eis un extracto da entrevista publicada no número 323 de Sermos Galiza. | Cal é o seu posicionamento a respeito da prostitución? Paréceme que está frivolizando co tema e é tan delicado que merecería que houbese unha convocatoria de diversa índole para que persoas que saiban sobre iso nos ilustren. Non estou de acordo en que a xente opine por que si que é un feito en liberdade. A min paréceme que non. Hai que recorrer á historia da prostitución en cada país para ver que se trata de que os homes compran por tempo determinado unha muller cousificada. Eu non estou de acordo con iso. Traballei toda a vida por lograr a humanidade das mulleres, non a cousificación das mulleres en ningunha das súas expresións e esta é unha delas. A prostitución é un fenómeno e o que eu estou dicindo non é unha descualificación ás mulleres que están en prostitución, estou formulando unha distancia ao fenómeno da prostitución, por certo, moi ligada ao matrimonio, en que os homes poden ser polígamos e esíxeselles ás mulleres a monogamia. A prostitución non vai soa. É todo un sistema de tráfico de mulleres e son tan crítica co matrimonio como coa prostitución, porque son institucións, ambas, de apropiación privada de seres que queremos ser libres e non podemos ser libres en sistemas de cousificación. E vinculado a isto atópanse as definicións que vostede fai ao redor das mulleres cativas e cativadas. Precisamente, nese libro [refírese a Los cautiveros de las mujeres: monjas, madresposas, putas, presas y locas] toco a prostitución e tamén o matrimonio, e analiceinos como un sistema integral. Eu quería ver nesa investigación xa non só estes fenómenos, senón que producen nas mulleres. Producen cativerios e verdadeiras prisións, unhas sen gaiola e outras con gaiola, en que viven moitísimas mulleres case escravizadas pero tamén ilusionadas –por iso digo cativadas– polo imaxinario de que os homes marabillosos se van ocupar das mulleres e non é así. Non é ese tipo de relación de protección e acompañamento, non a hai. Temos que dicir basta xa ao patriarcado e a ese tipo de homes e de relacións. Eu dedícome a erradicar a violencia e non podo estar de acordo co cativerio. [Podes ler a entrevista íntegra no número 323 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_22529 | Persoal sanitario e sociosanitario que traballa cunha alta exposición á Covid asegura a Nós Diario non ter recibido aínda as dúas doses da vacina. | A Xunta da Galiza presumiu de ter rematado a administración das dúas doses da vacina a todo o persoal, usuarios e traballadores, dos centros residenciais, así como a todas as e os sanitarios considerados de "primeira liña", isto é, aqueles que teñen contacto directo con pacientes Covid. Deste modo, a quinta feira comezou a vacinación das profesionais menores de 55 anos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), en paralelo ao persoal sanitario que non traballa nas unidades destinadas ao coronavirus. Esta mesma semana o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, chegaba a asegurar que, "se houbese doses", toda a poboación estaría inmunizada en seis semanas. Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, apuntaba tamén que o plan de vacinación non pode "avanzar máis rápido" debido á escaseza. Porén, segundo puido saber Nós Diario, non todo o persoal de "primeira liña" tería recibido xa as dúas doses. "Esta terza feira tivemos que operar nun quirófano Covid e só estaba vacinado o anestesista", relata a enfermeira do Hospital Abente e Lago (A Coruña) Carmen María Sánchez. Falta de información Esta sanitaria traballa "cóbado con cóbado" con doentes da Covid e, malia que xa ten denunciado nas últimas semanas a "opacidade" da Xerencia, aínda non se lle comunicou cando recibirá a primeira dose da vacina. "Non sei que consideran eles sanitarios de primeira liña para dicir que están todos vacinados, porque non é certo. Non sabemos cantas vacinas se administraron nin a que grupos profesionais, o que si sabemos pola prensa é que se vacinou a conselleira delegada de DomusVi e a alcaldesa de quenda", expón. En resposta ás preguntas deste xornal, desde o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) xustifican a situación alegando a apertura de novas unidades Covid nas últimas semanas "que provocaron que persoal que non era de primeira liña agora si o sexa". Con todo, Sánchez asegura que atendeu "desde sempre" doentes con coronavirus: "O quirófano é unha unidade de primeira liña porque, aínda que din que os pacientes veñen cribados con PCR, a taxa de falsos negativos fai que sexamos vulnerábeis", argumenta, e engade que, cando lle toca facer garda, "o paciente que vén urxente non está cribado". Carmen Sánchez exixe "transparencia" no plan de vacinación. Esta quinta feira, asegura, comezouse a administrar a primeira dose ao persoal de primeira liña restante, comezando a listaxe polos apelidos "do 'y' ao 'f'". "Eu son o 's' e aínda non sei nada. Se dixesen claramente cantas vacinas hai, a quen se administran e cando, non habería ningún problema", lamenta. "Hai unha falta de planificación e de comunicación total, e, se desafortunadamente pasa algo, será unha cuestión penal", sentencia, preocupada porque o seu marido e a súa filla son persoas de risco. No Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tampouco se tería completado aínda a vacinación. "A cuarta feira comezou a inocularse a primeira dose ao persoal de Reanimación, que traballa con pacientes Covid intubados cun enorme risco de contaxio", expón a este diario a enfermeira Cristina Ferreiro, que esta quinta feira recibiu a primeira dose. A planta na que traballa, a de Cirurxía Torácica, non está considerada como de "primeira liña", mais denuncia que a diario realiza probas PCR a doentes trasladados ás súas dependencias desde Urxencias por seren sospeitosos de padecer a Covid. Por outra banda, as fontes de Sanidade consultadas non detallaron que grupos profesionais recibiron a vacina até o de agora como "persoal de primeira liña" máis aló de que "está explicado no acordo estatal de vacinación", e remitiron ás "explicacións do conselleiro no Parlamento" a cuarta feira e "á Xerencia do CHUAC", malia que desde este complexo sanitario insistiron en que "as listaxes de vacinación foron enviadas pola Consellaría". A vacinación tampouco rematou nas residencias Unha persoa traballadora da residencia Crapd I do Meixoeiro (Vigo), que prefire ficar no anonimato, asegura a Nós Diario que aínda non se inoculou a vacina a todo o cadro de persoal: "A principios de xaneiro apuntámonos nas listaxes de vacinación, mais aínda non me dixeron nada", explica. Ten constancia de que xa foi vacinado parte do persoal de recepción e de administración, mentres segue sen saber cando recibirá a primeira dose nin que vacina será. No centro vigués non hai, a día de hoxe, ningún caso activo da Covid, mais o perigo está sempre presente: "O domingo pasado houbo un cribado na cuarta planta porque o marido dunha auxiliar deu positivo", relata. A Consellaría de Política Social asegura a este xornal que foi vacinado 100% dos centros residenciais "agás casos concretos" por mor dun gromo ou da ausencia por enfermidade dalgunha das persoas chamadas a se vacinar. Traballadoras sociais, espidas fronte ao virus Por outra banda, as traballadoras sociais demandaron a quinta feira á Xunta a súa "urxente" vacinación. "A atención directa non cesou e temos que continuar coas visitas domiciliarias, co risco que supón", explica a Nós Diario Míriam Rodríguez, presidenta do Colexio de Traballadoras Sociais da Galiza. |
NOS_57749 | O Holocausto é provavelmente o genocídio mais famoso da História, que decorreu durante a Segunda Guerra Mundial, em que cerca de 6 milhões de judeus foram assassinatos pelo regime Nazi. Mas e em África, não há Genocídio? | Considera-se Genocídio como o assassinato em massa de um grupo de pessoas com base na sua etnia, religião ou cultura. Num sentido mais amplo, fazem parte de um Genocídio não só o assassinato, de facto, mas também todas as acções de perseguição que violem a integridade física e/ou destruam as bases de sobrevivência desse grupo. Embora o termo Genocídio só tenha sido institucionalizado em 1951, com a Convenção Para a Prevenção e Repressão do Crime do Genocídio pela ONU, muito antes do Holocausto (e depois) estes crimes foram praticados. Há quem considere a Escravatura como o maior Genocídio da História da Humanidade, atendendo ao facto de mais de 10 milhões de africanos terem sido traficados para a Europa e as Américas; as suas terras foram roubadas (Colonialismo) e apagou-se a suas Histórias e Culturas, impedindo-os de manter a sua identidade. Genocídios em África – ou contra africanos – até hoje aparecem como pequenas sombras, sem nunca serem lembrados como foram, com a devida solenidade ou sequer reconhecimento. Namíbia Quando em 1904, africanos da tribo Herero se revoltaram contra o roubo das suas terras, gado e mulheres por parte dos alemães, os africanos da tribo Nama juntaram-se. A revolta culminou na Batalha de Waterberg, de onde os africanos saíram derrotados. Os seus cadáveres foram depois levados a Berlim para "experiências científicas" Como castigo, a Alemanha massacrou entre 70,000 a 100,000 pessoas das tribos Herero e Nama, de onde hoje nós chamamos de Namíbia. Estas pessoas foram levadas para campos no deserto do Namíbe, onde a sua maioria morreu de complicações ligadas à subnutrição e condições de temperaturas extremas. Os seus cadáveres foram depois levados a Berlim para "experiências científicas". Apenas recentemente a Alemanha admitiu o crime, devolvendo parte desses esqueletos e prometendo um pedido de desculpas formal (mas sem reparações monetárias para a Namíbia). Tanzánia Na mesma altura houve também o Massacre de Maji Maji, no qual a Alemanha – sempre a Alemanha! – matou cerca de 75,000 africanos da região daquilo que hoje é a Tanzânia, depois de vários grupos se revoltarem contra a sua presença nos seus territórios. Neste caso, para além dos ataques físicos, os africanos foram também sujeitos a medidas repressivas como a limitação de fornecimento alimentar, através da destruição das suas plantações. Mas não há Museus ou sequer provas físicas – para além dos esqueletos recuperados e algum arquivo fotográfico- desses acontecimentos. Quénia Durante o processo de descolonização do Quénia, o Reino Unido promoveu uma forte campanha contra a tribo Kikuyu, pois eram estes os maiores oponentes ao regime imperialista. Movidos pelo desejo de controlarem os seus próprios destinos e a realidade de uma independência próxima, em 1952 os Kikuyu mobilizaram forças contra a ocupação britânica naquilo que ficou conhecida como a Revolta Mau Mau. Em resposta, a Grã-Bretanha declarou estado de emergência e começou uma operação forte de ataque a todos aqueles que se presumia fazerem parte da equipa de "rebeldes". Campos de detenção foram instaurados e assim, instalou-se uma ordem na qual era legal usar a violência extrema como meio de dominação. Até 1960, data em que os campos foram encerrados, cerca de 90,000 quenianos foram executados, mutilados ou torturados pelas forças britânicas. Só em 2003 a Grã-Bretanha concordou em pagar reparações a alguns sobreviventes Só em 2003 a Grã-Bretanha concordou em pagar reparações a alguns sobreviventes. Depois de anos de dor, trauma e luto por tudo o que aconteceu, muitos deles já idosos serão lembrados apenas pelos seus depoimentos em tribunal. Mas europeus à parte, genocídios intra-africanos também ocorreram. Ruanda O mais gritante é talvez o Genocídio do Ruanda, em que em apenas 100 dias, militantes radicais da tribo Hutu, liderados pelo grupo nacionalista Parmehutu perseguiram, torturaram e assassinaram entre 500,000 a 1,000,000 de Tsutis. Sendo que, mais de 200,000 refugiaram-se em países vizinhos nesse período. Embora divergências tribais sempre tivessem havido entre os dois grupos, foi sobretudo depois da descolonização e durante a luta pelo poder político que estas diferenças ganharam forma institucionalizada. Ao contrário dos restantes casos, no Ruanda o genocídio foi documentado via rádio, televisão e telefone. A comunidade internacional, no entanto, fechou os olhos e viu perto de 20% da população ruandesa a ser assassinada, ao vivo e a cores. O massacre terminou apenas quando a Frente Patriótica do Ruanda, partido com apoio dos Tsutsis conseguiu derrubar o regime do Parmehutu. Nesse período mais de 2 milhões de Hutus fugiram do país, temendo retaliação. Até hoje decorrem julgamentos relacionados ao crime. República Centro-Africana Na República Centro-Africana decorre neste momento algo que pode muito em breve aparecer nos nossos livros de História como um dos piores genocídios em África. Não pela dimensão do país, tão pouco pelo número de mortos, mas pelas implicações que tem. Quando o grupo militar Seleka, muçulmano, foi derrubado em 2014 pelo grupo rebelde Anti-Balaka, cristão, através de um golpe de Estado (o 5o. em 56 anos de independência), uma forte perseguição à minoria islâmica começou. A crise na República Centro-Africana é das desgraças mais ignoradas da História recente Desde então, mais de 800,000 pessoas já foram deslocadas e mais de 400,000 refugiaram-se em outros países fugindo da fúria das armas cristãs sobre o Alcorão. A crise na República Centro-Africana é das desgraças mais ignoradas da História recente. No centro destas questões misturam-se questões religiosas, culturais, étnicas e sobretudo de recursos. É o caso do Darfur, onde mais de 500,000 pessoas já morreram. Da Somália considerada como o pior desastre humanitário do séc. XXI. Do Congo, onde em 2006 apenas, mais de 25,000 violações foram reportadas. Mas há um factor comum a todos estes casos: a História repete-se (quase) de forma cíclica. Por não haver um registo, um reconhecimento e por tabela, responsabilização, vive-se um eterno Presente. Precisamos também de construir Museus para os nossos genocídios. Conversar com os nossos pesadelos Rebeldes contra rebeldes contra civis contra mulheres contra homens contra crianças contra igrejas contra diamantes contra terras contra todos. Todos eles sem memória. Sem Passado. Precisamos também de construir Museus para os nossos genocídios. Conversar com os nossos pesadelos. Dar cara às nossas desgraças. Chorar os nossos horrores. E nesses processos quem sabe, construir um Passado que sirva para pacificar o Futuro. |
NOS_24771 | A bandeira de España apareceu proxectada esta segunda feira, véspera do Día da Hispanidade, na fachada do edificio administrativo de San Caetano. | A fachada principal do edificio administrativo da Xunta en San Caetano converteuse na noita desta segunda feira nunha bandeira xigante de España. Na véspera do 12 de outubro, a Xunta decidiu proxectar na sede administrativa do Executivo galego as cores e o escudo da bandeira do Estado español. Non é a primeira vez que o fai, xa que adoita ser costume nos últimos anos. E non só na véspera, tamén na noite do propio Día da Hispanidade. Nesta ocasión, o Executivo de Núñez Feixoo rende tributo ao Estado español desde a súa sede, máis non acude aos actos tradicionais que se celebran con motivo desta festividade en Madrid. Desta vez, o presidente da Xunta, ao igual que fixeron os de Euskadi, Catalunya e Castela-A Mancha, decidiu ausentarse da cita. Feixoo decidiu non acudir aos actos polo Día da Hispanidade en Madrid para preparar o debate sobre o estado da nación Segundo explicou Feixoo, o motivo deste desprante é a inminente celebración do debate sobre o estado da nación, que se celebra a partir desta cuarta feira no Parlamento. |
NOS_15496 | Valentín González Formoso tendeu a man ao vicepresidente primeiro da Goberno galego, Alfonso Rueda, en "temas estratéxicos". | O secretario xeral do Partido Socialista da Galiza (PSdeG), Valentín González Formoso, definiu a etapa de Alberto Núñez Feixoo á fronte da xunta como un "legado de renuncias". Formoso lamentou as "renuncias ás que se viu sometida a Galiza nos últimos 14 anos". Para o socialista, estas renuncias viñeron derivadas do "deixamento" de funcións de Feixoo como presidente do Goberno galego. A Galiza que deixa Feixoo en 10 cifras Neste sentido, o secretario xeral dos socialistas galegos lembrou que, cando o dirixente popular acadou a presidencia da Xunta, "(na Galiza) tiñamos menos parados, moitísima menos débeda, había máis xente, incluíndo máis xente nova, e investigábase máis do que hoxe se investiga". Criticou tamén que Feixoo "non fixo absolutamente nada" a prol das "cuestións estratéxicas de país" e dos sectores produtivos que "serven de tractores para manter millóns de persoas contratadas e con oportunidades laborais activas". Man tendida a Rueda As palabras de Valentín González Formoso chegan despois de que este domingo tendese a man ao vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, que sucederá Feixoo como máximo dirixente autonómico, para colaborar en "temas estratéxicos". Para o socialista, Rueda "nace co estigma de non ser escollido polos galegos e galegas como presidente, senón que polo clan Baltar e tres máis". Formoso ve a Rueda 'asustado' pola herdanza de Feixoo Segundo o secretario xeral do PSdeG, a formación "vai fiscalizar" o traballo que desenvolva o novo Goberno galego, mais non exercerá unha oposición férrea nun momento "tan duro" para a Galiza. Formoso afirmou que o interese da poboación galega debe ser o prioritario, polo que Rueda poderá contar co seu apoio para os asuntos "chave e claramente imprescindíbeis e estratéxicos". |
NOS_15531 | Non hai recortes para o Ministerio de Defensa. O pasado mes de agosto, e como medida "urxente", foille transferida unha partida de 914 millóns de euros. | Os laios do ministro de Defensa, Pedro Morenés, cada outono cando se concretan e aproban os orzamentos xerais do Estado -que, segundo el, veñen reducindo sistemáticamente asignación ao seu departamento- obvian o costume do Goberno de Mariano Rajoy de lle conceder xa andado o exercicio económico inxentes cantidades en créditos extraordinarios, destinados, principalmente, á adquisición ou pagamento de programas de armamento. A golpe de decreto, o Goberno do Partido Popular transferiu en só tres exercicios –de 2012 a 2014- 3.574 millóns de euros. Os últimos 914 figuran no que se aprobou en agosto pasado canda outras e variadas medidas "urxentes" que só poden aprobarse nos meses de verán. Esta política de engordar os orzamentos de Defensa xa avanzado o ano supón incrementos considerábeis nas contas definitivas. Así, estes 914 millóns supoñen unha suba do 16% da cantidade consignada inicialmente. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, votou esta quinta feira en contra de que un procedemento –o real decreto lei- que debera ser excepcional se converta "nun recurso habitual" e criticou que a concesión de créditos extraordinarios "xa sexa sistemática" no Goberno do Partido Popular. Tras cualificar de "escándalosa" e "desvergoña" a liberación destas partidas para a compra de armamento, Pérez preguntoulle ao Executivo "para que valen os orzamentos que debatemos en outubro" e sinalou que "mentres isto sucede, as partidas para sanidade, educación e servizos sociais merman e liquídase a lei de dependencia". |
NOS_56727 | A nival estatal, a redución supera os seis millóns e medio de euros | O representante do Ministerio anunciou na primeira reunión sectorial do Plan Estatal de Loita contra a Drogadicción que o Orzamento para o próximo ano será de 11,98 millóns de euros para repartir entre o conxunto dos territorios do estado. CIG-Saúde denuncia que o goberno central destinará así 6,5 millóns menos a este plan, dos cales corresponde a Galiza unha redución de 431.000 €. "Faise esta redución ao tempo que se salienta a necesidade de que os gobernos central e autonómicos reforcen a loita contra o consumo de drogas, nomeadamente entre a mocidade e as mulleres", di a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín. A Galiza correspondéronlle 1.179.548 euros o ano pasado. A asignación agora será de 748.519,81, polo tanto redúceselle o orzamento en 431 mil €, ao que hai que engadirlle que, desde a toma de posesión do goberno do PP na Xunta, a Consellaría de Sanidade reduciu o montante total asignado nos orzamentos de 2012 en máis de 1.400.000 €, o que tivo como consecuencia unha diminución importante das actividades que se realizan. Alerta que a esta redución, haberá que sumarlle a previsíbel diminución orzamentaria que a Consellaría de Sanidade faga nos orzamentos do ano 2013. Ataque á saúde pública Para a CIG, con esta medida o único que pretenden os gobernos central e da Xunta "é dar por finiquitado o plan galego de drogas, que leva en activo máis de 20 anos cun traballo de recoñecido prestixio, que serviu de modelo para que outras CCAA e outros países elaboraran os seus propios plans". CIG-Saúde denuncia que esta redución orzamentaria está englobada nas medidas de política sanitaria do Partido Popular "destinadas a eliminar das prestacións sanitarias aos colectivos máis desfavorecidos socialmente e que, de continuar nesta senda, no futuro provocarán graves problemas de saúde pública que afectarán a toda a poboación". |
NOS_55537 | A CGTP mobilizou centos de milhares de trabalhadoras e trabalhadores em Lisboa contra o empobrecimento e a exploração que, afirmam, suporão os Orçamentos de Estado para 2014. O protesto foi tambén resposta às agressões do governo de coligação luso após a manifestação ser desautorizada pelo executivo de Passos Coelho. | Milhares de operári@s portugues@s saíram à rua o passado sábado dia 19 de outubro para mostrarem o seu rejeitamento às contas que o governo de coligação quer aprovar para o vindouro ano 2014. Convocad@s pola CGTP-IN centos de carros, autocarros e motociclos colapsaram a emblemática ponte 25 de Abril e exigiram a demissão do governo luso. A manifestação pôde finalmente desenvolver-se embora fosse em primeira instância desautorizado o seu percurso pela ponte. Desde o PCP, o secretário geral Jerónimo de Sousa, afirmou que a marcha foi "uma afirmação de resistência perante a tentativa ilegítima de cercear liberdades fundamentais". A convocação feita pela CGTP visou dar resposta à iminente votação na Assembleia da República dos Orçamentos de Estado para 2014. Umas contas, denunciam desde o sindicato, "feridas de inconstitucionalidade" que as torna inábeis para serem aprovadas. Orçamentos "ilegais" Cumpre lembrar que o passado ano, o Tribunal Constitucional declarou contrários a direito uma parte importante dos cortes previstos polo governo e exigiu a derrogação de alguns dos artigos incluídos na lei de Orçamentos, nomeadamente os cortes nas pensões e nos subsídios de férias d@s trabalhadores públic@s. Neste senso, Arménio Carlos, secretario geral da CGTP, qualificou de "ilegal" o projeto orçamentário do governo de coligação e chamou a se mobilizar de novo o 1 de Novembro, coincidindo com a possível sessão parlamentar de debate dos Orçamentos. O governo luso procura continuar adiante com as políticas de "austeridade" impostas pela Troika e reduzir ainda mais os salários e pensões "enquanto beneficia desavergonhadamente os grandes grupos económicos e financeiros", denunciam desde a CGTP. Assim, exigirão a demissão do governo, ao que gritarão: "é hora de ir embora". |
NOS_49847 | Pasaxeiras e pasaxeiros denuncian a vulneración de dereitos lingüísticos. | Persoas usuarias do aeroporto de Santiago de Compostela denunciaron que algunhas aeroliñas lles prohibiron viaxar a diferentes destinos internacionais ao non aceptar os seus certificados do test de antíxenos da Covid-19 realizado en farmacia por estar en galego. As denuncias chegaron ao BNG, que esta terza feira 31 de agosto rexistrou varias iniciativas no Parlamento galego. Nestas insta á Xunta a explicar "que accións vai levar a cabo para facer fronte á vulneración dos dereitos lingüísticos das viaxeiras galegas que se están a producir por parte dalgunhas compañías aéreas" no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago. Prexuízos á poboación A portavoz parlamentaria de Cultura e Lingua do Bloque, Mercedes Queixas, denunciou que, alén do "grave prexuízo" que isto representa para as persoas afectadas "dificultando a súa reincorporación ás súas obrigas laborais ou aos seus estudos", estes feitos supoñen tamén unha vulneración "dos dereitos lingüísticos como galegas e galegos nun aeroporto internacional como é o Rosalía de Castro". Nas iniciativas, o Bloque tamén pregunta á Xunta que accións ten previstas para "conseguir o recoñecemento do galego a nivel internacional e garantir o dereito das persoas galegofalantes a usaren a súa lingua propia". Aliás, a deputada Mercedes Queixas tamén demanda saber se o Executivo galego estabeleceu contacto coas persoas afectadas e que xestións realizou para axudalas. Igualmente, preguntase se xa contactou tamén coas compañías aéreas que impediron o embarque das viaxeiras galegas con certificado de tests de antíxenos na lingua propia. |
NOS_24416 | APG conta con perto de 60% do capital de Itínere. | Algemene Pensioen Groep (APG), o maior fondo privado de pensións nos Países Baixos -move 20% deste negocio no país neerlandés-, fíxose esta semana co control das autoestradas galegas que a compañía Itínere explota no país. En concreto, APG adquiriu a AP-9, principal arteria do eixo atlántico; as autoestradas titularidade da Xunta A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona; e a AP-53 Santiago-Dozón. Ademais, tamén tomou o dominio doutras tres autoestradas no norte do Estado español. As peaxes da AP-9 soben 3%, por riba da media estatal Foi a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) a que deu o visto bo á adquisición por parte do fondo privado de pensións dun paquete de accións que até o de agora eran propiedade da xestora estadounidense Corsair Infraestructure Partners. Desta forma, APG faise co control maioritario de Itínere. Corsair seguirá mantendo unha parte minoritaria do capital da compañía de explotación da rede de autoestradas no Estado español. Outra concesionaria, Globalvia, tamén posúe accións de Itínere. Esta última atópase inmersa nunha batalla xudicial con APG e Corsair para facerse coa parte maioritaria do accionariado. Corsair alíase co maior fondo holandés de pensións para controlar a matriz da AP-9 Neste momento, o fondo privado conta con perto de 60% do capital de Itínere. Esta maioría absoluta permitiralle a partir de agora ter o poder de decisión final sobre o modelo de explotación das autoestradas na Galiza. As autoestradas galegas, en mans estranxeiras A práctica totalidade das estradas de pago na Galiza están en mans de empresas estranxeiras, fundamentalmente de grandes fondos de investimento. A día de hoxe xestionan practicamente 90% dos quilómetros de autoestradas e autovías en sombra, isto é, aquelas pagadas ás concesionarias a cargo das partidas dos orzamentos da Xunta da Galiza ou do Goberno do Estado español. As autoestradas non son galegas Mentres as compañías de capital foráneo controlan máis de 433,7 quilómetros, que a súa vez son os máis rendíbeis, as sociedades de maioría galega, principalmente construtoras, só dispoñen de 63,43 quilómetros. |
NOS_20607 | Pilar Cancela (Stuttgart, Alemaña, 1967), filla de emigrantes, licenciada en Dereito pola USC e funcionaria de carreira no Corpo Superior da Administración Galega, foi directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galiza entre 2002 e 2003 e durante o bipartito. Deputada en Cortes pola Coruña nas últimas tres lexislaturas, foi presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso desde setembro de 2006 até marzo de 2019. | Nesta campaña curta está a ver decepción entre as votantes da esquerda? É certo que hai unha decepción no sector máis progresista da poboación por non termos sido capaces de formar Goberno, mais tamén se está a producir un avance do centrodereita e iso será razón suficiente para mobilizar o voto de esquerdas. En abril era unha posibilidade que Vox estivese nas institucións, agora é unha realidade. Mais o PSOE segue sendo reticente a dicir que pactará con Unidas Podemos? A nós, o que nos transmite a xente é que ten que haber un diálogo entre as esquerdas para que se poida conformar un Goberno estábel e duradeiro. No debate televisivo Pedro Sánchez non deixou claro se esas son as intencións do PSOE? Eu creo que é unha cuestión de responsabilidade. Primeiro hai que respectar a vontade que a cidadanía exprese nas urnas. Non sería bo poñer enriba da mesa fórmulas das que, en todo caso, haberá que empezar a falar despois do 10-N. Nós pensamos que canto máis forte estea o PSOE, máis posibilidades hai dun Goberno estábel. Non sería responsábel xerar expectativas a respecto dun Goberno con Podemos. Os resultados marcarán as posibilidades de diálogo. O que si temos claro é que non haberá pacto co PP, esa gran coalición da que está a falar, porque as nosas políticas e a nosa visión da sociedade é oposta. O que si temos claro é que non haberá pacto co PP, esa gran coalición da que está a falar, porque as nosas políticas e a nosa visión da sociedade é oposta. Daquela será iso o que determine a formación dun Goberno: evitar que goberne a dereita? Si. A nosa prioridade sempre é falar coa esquerda. Nunca nos pechamos ao diálogo coas outras forzas de esquerda. E témolo demostrado no ámbito municipal, no galego e no estatal. Entendemos que é desde as políticas de esquerda desde onde se poden afianzar dereitos e liberdades e avanzar na conquista doutros. A nosa opción é clara: aglutinar ao redor do PSOE unha maioría de esquerdas. As enquisas dan un empate técnico entre o PSOE e o PP nas porcentaxes de apoio e tamén no número de escanos na Galiza. Que factor cre que pode desfacer ese empate, se hai algún, nos últimos días da campaña? A mobilización. A participación. Pensamos que canto maior sexa a participación, máis opcións teremos as socialistas de obter unha vitoria na Galiza. Sempre hai unha correlación directa entre a participación e a fortaleza do PSOE e da esquerda en xeral. Se volven derrotar o PP, ve máis probábel derrotar a Feixoo nas próximas galegas? Si, precisamos dun resultado contundente para demostrar que neste país hai alternativa a un Goberno da dereita, para demostrar que non hai que conformarse con que goberne Feixoo, un presidente que está absolutamente afastado da realidade cotiá das galegas e dos galegos. Nin coñece a realidade galega nin lle importa. É posíbel que as esquerdas nos entendamos na Galiza nun proxecto liderado polo PSdeG. Fronte a quen di que o Estado das Autonomía está esgotado, as socialistas dicimos que España é un Estado moi descentralizado e que se pode seguir camiñando nesa dirección. É posíbel convivir nun Estado unitario que recoñeza as diferenzas. Como sentou no partido na Galiza esas dúbidas de Ferraz a respecto de manter a aposta federalista no programa para o 10-N? Eu creo que o PSOE nunca mudou de posición. Sempre avogamos polo federalismo e entendemos que España non é un país dunha única visión, é un país con múltiples visións. Un país plurinacional, con identidades diferentes en territorios diferentes e iso respéctase no propio texto constitucional. Fronte a quen di que o Estado das Autonomía está esgotado, as socialistas dicimos que España é un Estado moi descentralizado e que se pode seguir camiñando nesa dirección. Na Galiza, por exemplo, hai moitas transferencias por reclamar. É posíbel convivir nun Estado unitario que recoñeza as diferenzas históricas, lingüísticas e culturais. Pensa que se está entendendo a política de transición ecolóxica que impulsou o Goberno nunhas comarcas nas que os feches de empresas e os despedimentos condicionarán o futuro de moita xente? En primeiro lugar, penso que as políticas de transición ecolóxica non teñen volta atrás. Toda a Unión Europea vai por ese camiño e temos que ser responsábeis coas xeracións futuras. Evidentemente todo iso hai que combinalo cunha política industrial que a Xunta de Galiza non fixo nos últimos anos. Non houbo plan nin acción política que reforzase o noso sector industrial. En todo caso, estamos na situación que estamos e hai que ofrecer solucións que empezan por controlar o prezo da enerxía. O obxectivo inmediato é aprobar o estatuto para as industrias electrointensivas. E, polo que respecta a Endesa, dado que foi decisión da empresa fechar pola suba do prezo dos dereitos de emisión, a solución pasa por buscar alternativas con outros combustíbeis para que siga funcionando nunha transición ordenada e xusta. E gustaríame engadir unha cousa moi importante... Conte. No seu momento, a Xunta de Galiza gobernada por Emilio Pérez Touriño sacou adiante un concurso eólico que despois foi derrubado polo Partido Popular. Aí perdemos a gran oportunidade para o noso país. E cada quen debería recoñecer agora os erros que cometeu. Por que o AVE segue sendo mercadoría electoral? O cumprimento dos prazos do AVE só se pon en cuestión cando está o PSOE no Goberno do Estado. Só nese momento. E o que dixo hai uns días o ministro de Fomento en Lugo foi que o AVE estará funcionando en 2021. E vai ser así. Vanse cumprir os prazos. Sabe por que? Por unha razón fundamental, nos últimos anos de orzamentos do PP no Estado asinábanse unhas partidas pero despois deixábase sen executar 46%. Vendíase fume. O PSOE comprométese a que se execute. E as socialistas galegas estaremos pendentes de que se faga. |
PRAZA_15406 | Un grupo de militantes socialistas que se presentará públicamente nos vindeiros días lanza un manifesto no que lamentan a "ausencia crónica de debate interno" no partido e chaman a elaborar "un proxecto de país" | Máis voces para o debate interno do PSdeG. Despois de que, nas últimas semanas, un grupo de militantes e dirixentes artellase un foro "por un novo socialismo galego" e mentres, dende Lugo, José Ramón Gómez Besteiro aposta por encontros coa militancia para "escoitar" o xeito de renovar o partido "dende abaixo", outro colectivo interno vén de constituírse en plataforma para "premer o boton de reinicio" da formación e mudar a súa "deriva". Baixo a denominación Novo Proxecto Socialista Galego e co lema En positivo este grupo vén de lanzar un manifesto como paso previo á súa presentación pública, nos vindeiros días. Partindo da base de que o PSdeG vive, "como o país", tempos "críticos", as persoas promotoras desta corrente ven "indiscutible" que "os graves fracasos electorais e a derriva errática da nosa organización obrigan a adoptar cambios profundos". "A militancia está desorientada mentres a cidadanía observa con desesperanza a nosa parálise", din, e, sen querer "simplificar as causas desta situación", coidan que o camiño non é "evitar a autocrítica negando os propios fallos". O colectivo lamenta a "ausencia crónica de debate interno" e chama a elaborar un "proxecto de país" dende o PSdeG Entre os erros que xulgan "evidentes" os redactores e redactoras deste manifesto inicial citan a "ausencia crónica de debate interno" e a "minimización do proceso de reflexión" tras a derrota do bipartito, así como a "proxección cara ao exterior dunha sensación de endogamia" ou a "incapacidade para deseñar e transmitir durante catro anos un programa e un proxecto alternativos aos da dereita que, no caso galego -abondan- debe ser ademais un proxecto de país". Sobre estas premisas identifican como "absolutamente prioritario" acometer "unha fonda redefinición do noso discurso a través dun proceso de debate aberto ao conxunto da militancia e mesmo a persoas e colectivos non militantes, pero identificados cun proxecto socialista galeguista, autónomo pero solidario dento do socialismo español, que supere dunha vez o sucursalismo". Os seus "eixos principais", din, deberan ser, entre outros, "o galeguismo cosmopolita, incluínte e federalista", a "defensa da economía produtiva", da "igualdade de oportunidades e dos servizos públicos básicos". O grupo promotor da plataforma realizará unha presentación pública nos vindeiros días Todo isto, sinalan, debera procurarse dende un partido que sexa "referente ético", con "tolerancia cero" cara á corrupción, con "coherencia democrática" practicada a través da non acumulación de cargos ou da elección de candidaturas a través de listas e primarias abertas e mediante o exercicio da "militancia social", con "limitación á profesionalización da política". O PSdeG, afirman, ten que ser unha "fábrica de ideas" para "ser capaz de xerar un programa permanente". "Á marxe de propostas personalistas de apoderamento do partido sen armadura discursiva aparente non observamos proxectos de recambio" que "concorden" con estas premisas "e por iso lanzamos este manifesto", explican. A letra das propostas, anuncian, terá faciana nos vindeiros días, nun acto de presentación pública no que a militancia socialista, auguran, "verá que nos coñece e que se recoñece con nós". |
PRAZA_819 | A crise na formación de Rosa Díez chega a Galicia, onde seis formacións locais da Coruña e Ferrolterra abandonan o partido para intentar integrarse en C's. A posible integración pode ameazar a maioría absoluta do PP nalgúns concellos, pero afortalaría a dereita no caso de pactos postelectorais. | A crise que afecta UPyD en todo o Estado vén de estoupar tamén en Galicia, onde moitos dos representantes da minoritaria formación no país apostan por abandonar o barco de Rosa Díez e confluír con Ciudadanos. Así o farán varios dos seus 16 candidatos ás municipais, onde esta hipotética unión entre rebotados da formación maxenta e o partido que lidera Albert Rivera podería ameazar as maiorías absoluta do PP nalgún concello, pero son á vez unha posibilidade para que os populares non perdan o poder a través dos pactos na dereita. Candidatos da Coruña, Ferrol, Narón, Arteixo, Culleredo e Sada abandonan UPyD para integrarse en Ciudadanos O coordinador de UPyD en Galicia, José Antonio de Lorenzo, xa avanzou en varios medios a súa intención e a de varios dos líderes da formación na comunidade autónoma e esta mesma tarde dará unha rolda de prensa. Desde A Coruña, confirmouse o propósito dos candidatos da cidade, pero tamén dos de Arteixo, Culleredo, Ferrol, Narón e Sada, de abandonar a formación e confluír con Ciudadanos. Non ocorrerá así en Vigo, onde a formación confirmou que "mantén e manterá" a súa candidatura baixo as siglas do partido aínda liderado por Rosa Díez. Pero non será doado. O prazo para presentar candidaturas remata o vindeiro 20 de abril e moitas das listas están xa pechadas. Dependerá agora da postura que tome Ciudadanos, que terá que decidir entre dar entrada aos desencantados con UPyD ou por continuar en solitario. No fondo, a posibilidade de que esta presumible coalición de dereita consiga unha mínima representación que pode ser clave nalgúns concellos para a formación de gobernos e, tamén, para que o PP manteña a alcaldía. De feito, o presidente da Xunta xa abriu a man a posibles pactos: "Se gañamos as eleccións sen maiorías absolutas abriremos unha reflexión para ver con quen pactamos". Feijóo di "descoñecer" os "candidatos, programas e listas" de Ciudadanos, pero non rexeita acordos. "Non sei se son os de UPyD en Galicia ou non", asegura, deixando tamén a un lado o teimudo discurso do PPdeG e seu propio nos que se critican as "alianzas entre perdedores" ou o feito de que un partido se presente cun programa "para logo pactar outro con outros socios". Feijóo xa abriu a man a posibles pactos coa formación de Albert Rivera nos concellos Ciudadanos, mentres, xa anuncia que agarda presentar 15 candidaturas en Galicia nas vindeiras municipais. Así o confirmou Javier Chouza, delegado territorial, que non quixo confirmar se hai contactos cos seis dirixentes locais de UPyD que xa anunciaron a súa decisión de abandonar esa formación para intentar confluír coa de Albert Rivera a través da plataforma Encuentro, a que reune os militantes que abandonan a Rosa Díez, como tamén ocorreu a nivel autonómico en Asturias ou Aragón. Ademais de nas sete cidades galegas, Ciudadanos xa presentou propostas de candidaturas para Cee, Negreira, Ames, Ribeira, Boiro, A Lama, Ribadeo e Burela. HABERÁ AMPLIACIÓN |
NOS_885 | Susana Sanches Arins fala do libro traducido por Moisés Barcia. | É provável que a ilha de Joya tenha aparecido antes em algum desses atlas de ilhas perdidas e esquecidas, mas não reparáramos nela até que Kiran Millwood a colocou perante os nossos olhos. Quem sim tinha reparado, como sempre, foram os traficantes de escravos e os exploradores de recursos naturais. Mas isso foi em tempos outros. No tempo da história que se nos narra, Joya é uma ilha repartida em três mundos: a impudica riqueza do governador Adori, a miserenta vida do resto da população e os Territórios Esquecidos, espaços outrora acessíveis e agora proibidos. Na aldeia de Gromera, isolada duplamente por ordem do governador, vive a protagonista. Isabel é filha de um cartógrafo, ofício inútil lá onde as viagens não estão permitidas. Leva como pode a morte da mãe e do gémeo Gabo em quanto aguarda o começo da escola. Entretanto, aprende a ler e escrever mapas com o pai, e passa o tempo que pode com a melhor amiga, Lupe, filha do governador. Não se dá um brutal assassinato que estraga a calma do lugar. Dá-se um brutal assassinato que confirma a violência e repressão à que é submetida a povoação de Gromera. Isabel culpa a amiga Lupe, Lupe decide que deve resolver o crime sozinha, saltando o valado para se internar no desconhecido, e todo acaba (começa) numa expedição aos Territórios Esquecidos que resgate a filha do governador. Isabel incorpora-se ao grupo como cartógrafo aprendiz, suplantando a identidade do irmão Gabo, que já se sabe: as raparigas só podem andar o mundo trajadas em homens. Kiran Millwood combina elementos dos géneros fantástico e de aventuras fazendo que a leitura nos enganche sem nos atrapalhar. Criaturas desconhecidas, agoiros voadores, monstros noturnos, geografias perigosas, amizades inesperadas, velhas lendas de deusas e demos e, sempre, a violência do governador, são cartografadas para nós por Isabel. Quiçás seja ela a escolhida, a rapariga elegida para salvar Joya da destruição. Aquela de quem falam as lendas. O que mais nos fez gozar na leitura da Rapaza de tinta e estrelas foi a ambientação da história e a metáfora política que traz com ela. Entre corvos, lobos demoníacos, pântanos, aldeias massacradas e cascatas assomam os grilhões de escravitude, as condeias arbitrárias e as prisões torturantes. E como sempre, também, em qualquer lugar, pessoas que se rebelam contra a injustiça. Como a rapariga com a fronte tisnada de estrelas. No bico, a arte de contar. A rapaza de tinta e estrelas Kiran Millwood Hargrave / Tradução: Moisés Barcia / Sushi Books / 2019 |
NOS_41345 | Música ao vivo con miles de persoas na Praza da Chousa, un sinfín de actividades e até un espazo para a reflexión sobre o presente e o futuro do rock galego. O Armadiña Rock —que comezou a sexta feira e conclúe este domingo— salda con grande suceso a súa décima edición. | A Banda da Loba, O Sonoro Maxín, Amparanoia, a Banda Xangai —o novo combo liderado por Xurxo Souto—, Terbutalina e Zënzar puxeron en pé a ateigada Parza da Chousa, o corazón de Combarro, no megaconcerto deste sábado noite que puña virtualmente o ramo ao evento. A festa, que convocou arredor de 7.500 persoas, durou até altas horas da madrugada. Amparanoia cumpriu sobexamente co seu rol de imán do cartaz do festival, a Banda Xangai recriou o himno do Armadiña —facturado sobre a base do Highway to hell dos AC/DC- e Terbutalina compareceu no palco por volta das 2.30 horas xa do domingo para abanear a noite cos temas que todo o mundo agarda deles, desde "Ninguén che quere" a "Al otomano se le va la mano". Músicas e músicos non só tocaron e cantaron. Tamén debateron nun coloquio sobre o futuro do rock galego. Nel tomaron a palabra Laura Romero (Zënzar), Miguel Cernadas (Terbutalina), Ico (O Sonoro Maxín), Xosé Antón Bocixa (Zënzar) e tamén Xurxo Souto (Banda Xangai). Nun comunicado a organización quer expresar "todo o seu agradecemento ás bandas, que deron o mellor de si, aos festivaleiros, que encheron de vitalidade as calellas de Combarro durante o evento, e tamén á veciñanza, polo seu apoio e comprensión". |
NOS_42638 | Na súa localidade natal de Castro (Cerdedo) terá lugar o próximo 27 de xullo unha homenaxe a Xosé Otero Espasandín. Un recital, unha exposición bibliográfica e unha mesa redonda alén dun roteiro polos lugares relacionados co homenaxeado en Castro Domedio (Cerdedo) servirán para reivindicar o recoñecemento da súa figura. | No ano 2012 fixéronse 25 anos da morte no exilio de Xosé Roxelio Otero Espasandín mais a data quedou no silencio. Non houbo lembranzas nin recoñecementos a esta singular figura que agora desde a Asociación Ecoloxista e Cultural Verbo Xido queren celebrar cunha homenaxe na terra que marcou a primeira parte da súa biografía. Ás 19:00 horas comezará na Horta de D. Teobaldo, en Castro Domedio (Cerdedo) a xornada de homenaxe cun recital poético musical a cargo de Susana Sánchez Aríns, Xosé Luís Santos Cabanas, Xoán Carlos Domínguez Alberte e Rexubeiras, pandereteiras da A.C. Trepia, que tamén colaboran na homenaxe. O espazo elixido, ao pé da casa na que viu a lus Otero Espasandín, marcará xa o inicio do roteiro que, a seguir, percorrerá os lugares relacionados coa súa biografía. Carlos Baliñas e Dionisio Pereira achegarán ás 20.30 aos asistentes á dimensión de Otero Espasandín cunha mesa redonda na Casa da Sociedade. "Deste xeito pretendemos render unha merecida homenaxe a un intelectual da nosa bisbarra que tivo que abandonala ben novo por culpa do golpe de estado franquista para non volver nunca máis" destacan desde Verbo Xido. O descoñecido que morreu no exilio O nome de Otero Espasandín continúa practicamente descoñecido na historia cultural e literaria do país. Mestre, escritor e xornalista, dinamizador de publicacións, entre elas a revista PAN que dirixiu e na que colaboraron Bal y Gay, Blanco Torres, os Dieste, Fernández Granell, Lorenzo Varela ou Ramón Gaya, o seu nome engrosa a ampla listaxe de intelectuais que se viron na obriga de se exiliar en 1936, despois de que o golpe militar derrubase o goberno da República. En febreiro de 1939, despois de resistir nunha administración de aviación en Barcelona, atravesa a fronteira cara Francia canda Rafael Dieste ou Ramón Gaya e viaxa cara Inglaterra até que en abril de 1941 toma Bos Aires como destino. En 1947 diríxese cara Estados Unidos onde traballará como lector de castelán, sen regresar do exilio xa nunca máis. A Asociación Verbo Xido publicara en 2004 o estudo de Dionisio Pereira a obra Xosé Otero Espasandín. Vida e pensamento dun cerdedense desterrado. O centro Ramón PIñeiro publicou en 2006 a "Obra Galega", poemas e artigos ademais dun apéndice con cartas cos irmáns Dieste e Carme Muñoz ou outras con Francisco Fernández del Riego ou a algúns dos seus conveciños do Castro. Sermos Galiza xa publicou a obra completa de Otero Espasandín na súa loxa. |
PRAZA_20089 | O Goberno galego prevé converter o seu persoal laboral temporal en funcionarios interinos, pero o CSIF alerta de que as contas do Goberno central agora en tramitación limitan a duración deses novos nomeamentos a un máximo de "tres anos" | A Xunta prevé converter de xeito progresivo o seu persoal laboral temporal en funcionarios interinos. Ata o de agora, nada impedía que, baixo unha ou outra figura, eses traballadores visen renovada de xeito periódico a súa relación laboral. Porén, o Goberno central prevé nos seus orzamentos agora en tramitación que "non poderá ser superior a tres anos" a duración dos novos nomeamentos de interinos que realicen as administracións. E un novo nomeamento é xusto o que prevé a norma galega para a transformación do persoal laboral en funcionarios interinos, que "suporá a novación da relación xurídica existente coa Administración". Esa "novación", segundo a norma estatal agora en tramitación, non poderá ser por máis de tres anos improrrogables, polo que o sindicato CSIF alerta de despedimentos masivos superado ese prazo. A limitación temporal de tres anos que propón o Goberno afectaría a todos os novos nomeamentos que realicen todas as administracións de España, pero tería un especial efecto no caso da Xunta porque esta é a que prevé por lei un gran volume de novos nomeamentos. O Goberno galego prevé converter o seu persoal laboral temporal en funcionarios interinos, pero o CSIF alerta de que as contas do Goberno central agora en tramitación limitan a duración deses novos nomeamentos a un máximo de "tres anos" A lei de acompañamento dos orzamentos autonómicos xa en vigor introduciu na lei de emprego público de Galicia unha disposición transitoria que establece, a medida que se aproben as relacións de postos de traballo dos distintos departamentos, "a transformación en postos de traballo de natureza funcionarial daqueles postos vacantes que viñan sendo desempeñados por persoal laboral temporal". Segundo esa norma, a Xunta "expedirá un nomeamento de natureza funcionarial interina, no correspondente corpo ou escala de clasificación, ao persoal laboral temporal que [...] ocupe postos previstos como de natureza funcionarial nas relacións de postos de traballo". Ata o de agora, o CSIF vía nesa conversión do persoal laboral temporal en funcionarios interinos un intento por parte da Xunta de abaratar despedimentos, xa que as últimas sentenzas do Tribunal da UE recoñecen o dereito do persoal laboral temporal a recibir a mesma indemnización que o fixo, de 20 días por ano traballado, mentres que os funcionarios interinos carecen de ningunha indemnización cando quedan sen praza. Esa ameaza pairaba ata o de agora cuns prazos indefinidos sobre ese persoal laboral que se converterá en interino. Porén, o Goberno central quere pór un prazo fixo máximo de tres anos. O proxecto de Presupostos do Estado que se tramita actualmente no Congreso contempla, no seu artigo 19.2, limitar entre outras cousas o "nomeamento de persoal estatutario temporal e de funcionarios interinos" establecendo que "a duración do nomeamento non poderá ser superior a tres anos, sen que poidan encadearse sucesivos contratos ou nomeamentos coa mesma persoa por un período superior a tres anos, circunstancia esta que haberá de quedar debidamente reflectida no nomeamento". Isto é, os orzamentos do Estado obrigarían á Xunta a limitar a un máximo de tres anos eses novos nomeamentos que realice ao transformar os seu persoal laboral temporal en funcionario interino, xa que a lei autonómica deixa ben claro que esa transformación "suporá a novación da relación xurídica existente coa Administración". Segundo o CSIF, esta combinación de leis estatal e galega "afectará en Galicia, só na Administración Xeral da Xunta, a máis de 4.500 empregados públicos Segundo o CSIF, esta combinación de leis estatal e galega "afectará en Galicia, só na Administración Xeral da Xunta, a máis de 4.500 empregados públicos, aos que haberá que sumar os interinos e temporais dos sectores de Educación, Sanidade, Xustiza, etc.", que dentro de tres anos quedarían sen traballo. Para o sindicato, a norma estatal "non podería ter efectos sobre os contratos de interinos existentes na actualidade, dado que ditos contratos ou nomeamentos están realizados ao amparo da lei actual". "Sen embargo, esta cláusula converte en máis perigosa se cabe a intención de interinizar o persoal laboral temporal" por parte da Xunta. Unha situación que aínda se podería evitar se o Congreso modifica durante a súa tramitación os orzamentos que lle remitiu o Goberno. |
NOS_42643 | O Partido Libre denuncia que o Tribunal Supremo Eleitoral excluíu das urnas o 40% os votos que foron parar á súa candidata, Xiomara Castro. | Honduras sairá ás rúas para rexeitar o "roubo" que o Partido Libre di que se produciu nas eleccións desta fin de semana. Segundo denunciou o coordenador nacional desta forza e tamén ex presidente, Manuel Zelaya, o Tribunal Supremo Eleitoral deixou fóra das urnas o 40% dos votos que foron parar á candidata Xiomara Castro, polo que defenderán "o respecto á vontade popular" con mobilizacións "pacíficas". "Imos defender cada deputación, cada alcaldía, cada urna", defendeu Zelaya, a quen un golpe de estado apartou da presidencia en 2009. A crise política desatada daquela prolóngase agora coas denuncias de fraude eleitoral que chegan dos dous principais partidos da oposición: Libre, de Xiomara Castro; e Partido Liberal, de Mauricio Villeda e en cuxas listaxes obtivera Zelaya a presidencia. O ex presidente de Honduras denunciou tamén que o candidato oficialista, Juan Orlando Hernández, quixo negociar con Xiomara Castro. "Non hai ningunha negociación que traizoe a vontade do pobo", proclamou Zelaya. O golpe de estado contra el, amparado polos EUA, evitou que se acometese unha reforma constitucional. É este o principal punto no programa eleitoral de Xiomara Castro. |
NOS_15792 | A plataforma cidadá Que voltem para a casa! enceta unha campaña de denuncia da dispersión que inclúe a presentación de mocións nos plenos municipais dos concellos de onde son veciñ@s @s pres@s independentistas galeg@s: Ames (PP), Becerreá (PSdG-PSOE), Compostela (PP), Ordes (Unión por Ordes), Teo (Anova) e Vigo (PSdG-PSOE). | Os cinco concellos de onde son veciñ@s os seis independentistas galegos presos en réxime FIES 3 --Ames (Hadriam Mosqueira 'Senlheiro'), Compostela (Eduardo Vigo), Ordes (Carlos Calvo), Teo (Antom Santos) e Vigo (Roberto R. Fialhega 'Teto' e Xurxo R. Olveira)-- para alén de Becerreá --María Osório, en liberdade provisoria--, debaterán no mes de novembro senllas mocións en contra da dispersión penitenciaria á que fican submetidos os seis primeiros e que tamén se lle aplicou a Osório no ano e medio que estivo encarcerada. Anunciouno Que voltem para a casa!, a plataforma impulsada polas familias d@s pres@s que naceu hai catro meses co apoio das organizacións políticas BNG, Anova, Causa Galiza, Nós-UP, Primeira Linha e FPG; e dos sindicatos CIG, Fruga, CUT e CNT. Segundo informou o colectivo cidadán, as mocións "terán como eixo fundamental o cumprimento da lexislación vixente", o que se traduce na petición do translado dos seis independentistas a algún dos cinco centros penitenciarios da Galiza "e o respecto aos seus dereitos fundamentais". Para alén do apoio "daquelas forzas políticas que teñen amosado a súa oposición á actual política penal", Que voltem para a casa! subliñou que, "desde o respecto e o diálogo", petará tamén na porta de PSdG-PSOE e PP. Co obxectivo de visibilizar a situación d@s pres@s, a plataforma convocou tamén mobilizacións ás portas dos mencionados concellos. Malia non estaren fechadas aínda as datas, decorrerán todas no mes de novembro. Seis presos e tres sen xuízo Dos seis independentistas presos unicamente tres foron xulgados e, malia que xa se ditou sentenza na súa contra, esta non é aínda firme. Así, a Audiencia Nacional española enxuizou entre o 24 e o 27 de xuño Antom Santos, Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo, para alén de María Osório que foi posta en liberdade provisoria en febreiro de 2013 por motivos de saúde. Na resolución, que se fixo pública en setembro, a AN dá por probada a existencia dunha organización terrorista que opera na Galiza, 'Resistencia galega', e condena Osório e Santos a 10 anos de prisión por pertenza a banda armada e falsidade documental. Para Fialhega e Vigo impón outros 8 anos por tenza de explosivos con finalidade terrorista. Dos outros tres independentistas que están na cadea, Carlos Calvo e Xurxo R. Olveira foron detidos en setembro de 2012 namentres que Hadriam Mosqueira entrou no cárcere en xaneiro de 2013. No momento da detención foilles aplicada aos tres a lexislación antiterrorista para envialos despois cumprir prisión preventiva en réxime FIES 3 --banda armada-- en centros penitenciarios de fóra da Galiza. |
PRAZA_16676 | O PP sae en defensa do proxecto impulsado polo municipio veciño e o dono do club para recualificar e expropiar 864.000 metros cadrados de monte A cidade deportiva do Celta, nun monte a expropiar, inclúe un centro comercial a 2 quilómetros do contestado de Porto Cabral | A cidade deportiva do Celta, nun monte a expropiar, inclúe un centro comercial a 2 quilómetros do contestado de Porto CabralO Concello de Vigo vén de presentar alegacións contra o proxecto de cidade deportiva que o Real Club Celta de Vigo Sociedade Anónima Deportiva quere construír nun monte do veciño municipio de Mos lindeiro co seu propio termo municipal. O goberno local considera que o proxecto "non se axusta a dereito" e terá ademais efectos negativos sobre a cidade que non foron analizados. En particular, critica que inclúa o centro comercial "máis grande da área metropolitana" sen avaliar a súa interacción con outros proxectos similares xa en marcha en Vigo ou na comarca senón só no termo municipal de Mos.O PP sae en defensa do proxecto impulsado polo municipio veciño e o dono do club para recualificar e expropiar 864.000 metros cadrados de monteO proxecto do Celta, que impulsan o goberno local de Mos, do PP, e o propietario da sociedade deportiva, o empresario Carlos Mouriño, co aval do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afecta a 864.000 metros cadrados, a metade de monte comunal. O Concello de Mos é quen está a tramitar ante a Xunta a recualificación dos terreos para despois expropialos e entregarallos en concesión ao Celta, que construirá neles varios campos de fútbol e un centro comercial de 120.000 metros cadrados que considera imprescindible para facer viable o proxecto. Porén, o proxecto exposto a información pública non analiza a interacción dese centro comercial con outros xa en funcionamento ou en proxecto nin ten en conta a contestación social xerada por outro complexo similar, o coñecido como Porto Cabral, que se quere instalar a pouco máis de dous quilómetros de alí, tamén noutro monte comunal."Existen a día de hoxe varios proxectos comerciais en curso que deberían incorporarse á análise para avaliar a necesidade e oportunidade dunha área comercial non programada no concello limítrofe de Mos para atender maioritariamente a usuarios de Vigo"Esa é unha das críticas que reflicte o Concello de Vigo, dirixido polo socialista Abel Caballero e enfrontado tanto á Xunta e o PP como ao propietario do Celta, nas alegacións que vén de presentar ao proxecto: "Limítase a avaliar os efectos dunha área comercial de 120.000 metros cadrados sobre o comercio de Mos, sen facer ningunha valoración dos claros efectos negativos sobre o comercio local de Vigo nin sobre a capacidade de acollida de Vigo para os desenvolvementos en execución ou previstos en Vigo, e sobre a xustificación da hipotética necesidade de atender a demanda de Vigo dende o concello de Mos. O Concello de Vigo engade que na cidade "existen a día de hoxe varios proxectos comerciais en curso que deberían incorporarse á análise para avaliar a necesidade e oportunidade dunha área comercial non programada no concello limítrofe de Mos para atender maioritariamente a usuarios de Vigo".Ao tempo que o proxecto non ten en conta os efectos do centro comercial sobre a cidade de Vigo, si que traballa coa previsión de infraestruturas viarias planificadas para o termo municipal da cidade e das que se beneficiaría. Vigo critica que a construción dese complexo suporía cargas tamén para o seu transporte público e o seu sistema de xestión da auga que non foron tidas en conta.Vigo critica que a concesión dos terreos ao Celta despois de que sexan expropiados polo Concello de Mos se faga "sen concurso público"O Concello de Vigo tamén critica a tramitación administrativa do proxecto, que describe como "unha reclasificación de solo rústico especialmente protexido a urbanizable con uso deportivo privado, usos complementarios e equipamento comercial, adquirido por vía expropiatoria para a súa cesión posterior directa ao club e que este poida compensarse -cando menos- o investimento deportivo coa venda da superficie comercial máis grande da área metropolitana de Vigo, o que constitúe unha actividade lucrativa para esa entidade privada". Unha concesión de terreos que o goberno local de Caballero critica que se faga "sen concurso público".Vigo censura tamén que o plan de urbanismo de Mos foi aprobado hai pouco máis dun ano, polo que non considera que se producisen desde aquela cambios substanciais que xustifiquen a súa modificación. En particular, considera que nada cambiou desde aquela nese monte para considerar que deba deixar de ter protección forestal e que poida así ser expropiado á súa comunidade de montes propietaria. Por todo o anterior, o goberno local de Vigo conclúe que o proxecto "non é compatible co uso racional do territorio, a sustentabilidade ambiental, e dana as finanzas do Concello de Vigo".As alegacións de Vigo asínaas o xerente de Urbanismo e diríxense contra contra un proxecto, o da recualificación dos terreos de Mos, elaborado por un antecesor seu, Javier RivasEsas alegacións do Concello de Vigo están asinadas polo seu xerente de Urbanismo, Carlos Hernández, e diríxense contra un proxecto, o da recualificación dos terreos de Mos, elaborado por un antecesor seu, Javier Rivas, que como tal é coñecedor en profundidade do urbanismo da cidade. Cando o proxecto se fixo público, Rivas, en conversa con este diario, admitía que sería desexable unha visión supramunicipal do mesmo pero argumentaba que a lexislación só obriga a analizar o municipio en que se empraza o proxecto.Tras coñecerse as alegacións do goberno local vigués, tanto o PP como o propietario do Celta cargaron contra o alcalde, Abel Caballero. A formación conservadora tentou facer ver que o rexedor ataca o club de fútbol e os seu aficionados. Pola súa banda o empresario volveu ameazar coa posibilidade de que o seu equipo deixe de xogar no estadio municipal de Balaídos, orixe do conflito co Concello de Vigo despois de que a negativa municipal a venderllo fixese que o club decidise impulsar a súa propia cidade deportiva. |
NOS_26758 | O blog "De volta para Loureda" da Rede de apoio a Carlos Calvo vén de ser gañador da décima edición do Premio Roberto Vidal Bolaño, das Redes Escarlata. | Un xuri nomeado polas Redes Escarlata e composto por Xosé A. Laxe, Antón Dobao, Francisco Fernández Rei, Lourdes Pérez, Luz Fandiño, Xosé Luis Santos Cabanas e María Martínez Clavell con Xosé Luis Méndez Ferrín como secretario decidiu por unanimidade conceder o Premio Roberto Vidal Bolaño na súa décima edición ao blog "De volta para Loureda" ao se tratar dunha reflexión colectiva sobre "os presos nacionalistas galegos cuxa situación é contraria ás garantías ás que todos"as os/as Humanos/as teñen dereito", segundo consta na acta. Da "Rede de apoio a Carlos Calvo", o blog "De volta para Loureda" recolle artigos e outras colaboracións dun amplo abano de persoas arredor da situación dos presos políticos galegos nas que se repita a reclamación da súa volta para o país. Entre as últimas sinaturas que participaron atópanse Marcos Seixo, Samu L. Paris, Luz Fandiño, Mª Xosé Bravo, Xosé Manuel Pereiro, Charo Lopes, Antón Dobao ou Héitor Picallo. Publícanse tamén os artigos de Carlos Calvo escritos desde a prisión. A Redes Escarlata crearon o Premio Roberto Vidal Bolaño hai dez anos co obxectivo de recoñecer a figura do home de teatro ao que se lle dedica este Día das Letras Galegas, ligando a iniciativa co "acontecemento histórico da Comuna de París, o primeiro goberno proletario da historia". Desde o propio xurado, destacan o labor desenvolvido polo propio Roberto Vidal Bolaño na defensa dos presos políticos galego e, en especial, contra a política de dispersión. |
NOS_13026 | Lembranza de Bernardino Graña agora que só lle faltan uns días para cumprir os 89 anos. | De Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) temos moitas imaxes, mais ningunha tan inesquencíbel, humana e conmovedora como a do poeta en San Domingos de Bonaval, no Panteón de Galegos Ilustres, enfrontándose á morte do seu grande amigo Manuel María. Xa o atopáramos Medos e eu subindo pasiño a pasiño o Preguntoiro cara a Bonaval. Como un peregrino máis. A súa entrada naquel espazo fúnebre e o seu achegamento ao cadaleito foi un acto dun profundo respecto, dun sentimento espiritual extremo, un acto de aproximación lenta, seguramente non ausente de temor, e cunha expresión de dor, de amor e de devoción que os nosos ollos non viran durante todas aquelas horas. Bernardino Graña. Ser auga, darse en auga. Medio século: 1958-2008 (Escolma a cargo de Miro Villar) / Centro PEN de Galicia / 2010 / 212 páxinas Ao día seguinte, en Outeiro, camiño da Santa Isabel, comentámoslle a emoción que nos causara velo en Bonaval, e el quedou moi sorprendido de saber que fora observado nese reencontro tan difícil co amigo, que esa vez xa non o puido recibir como facía sempre, cos brazos abertos, con alegría, cun sorriso inmenso como a Chaira e pronunciando como de costume o seu segundo apelido. Aínda algúns anos despois, o día que se inaugurou a Casa Museo Manuel María, puidemos ver a Bernardino subindo as escaleiras da Casa de Hortas, xa con moitas dificultades e coa axuda de Carme, para recitar os seus versos desde o corredor da casa en homenaxe a aquel outro irmán na poesía e no amor á patria. Son imaxes e vivencias que nunca se nos borrarán da mente. Agora que a Bernardino Graña só lle faltan uns días para cumprir os 89 anos, queremos enviarlle desde aquí todo o noso cariño e a nosa admiración e convidar a quen lea esta columna a revisitar a súa obra poética, esa inmensidade de poesía que hai nos seus libros. E unha moi boa maneira de facelo é coa magnífica escolma que preparou no seu día o tamén poeta Miro Villar, que ofrece, ademais, unha moi imprescindíbel introdución: Bernardino Graña. Ser auga, darse en auga. Medio século: 1958-2008. Talvez non están aí todos os poemas que amamos de Bernardino Graña, mais si é unha mostra moi representativa da súa traxectoria como poeta desde aquel seu primeiro libro Poema do home que quixo vivir a Acendede as almenaras. Por razóns moi persoais nós temos unha especial predilección polo libro Se o noso amor e os peixes volveran Sar arriba e sementaran, libro de amor a Compostela e a unha muller lamprea, con versos que tamén falan dos seus alumnos do Instituto de Padrón, das sempre mozas Marías que hai tanto tempo pasean Santiago, dos que a ninguén aman e de ecoloxía e, por suposto, dos amigos, de Luís Seoane, Celso Emilio ou Eduardo Blanco-Amor: "Marchácheste nun taxi a un vil depósito /… / Alma miña de amor, Eduardo Blanco". Bernardino Graña non só nos deu fermosísimos poemas, logrou algo máis alto na literatura: iluminarnos por dentro e para sempre coa poesía. |
NOS_8383 | Os 21 escanos que a organización xenófoba Amencer Dourado obtivo nos comicios parlamentares deixan claro que o discurso de racismo e homofobia do seu líder, Nikos Mijaloliakos, atopou na crise o caldo de cultivo perfecto | O partido neonazi grego Amencer Dourado continúa a súa campaña radical mentres a posibilidade de repetir os comicios parlamentares está cada vez máis perto de se facer realidade. Así, nesta fin de semana, o partido de Nikos Mijaloliakos, un exoficial do Exército de 55 anos, dedicouse a lanzar panfletos homófobos no barrio ateniense de Gazi, coñecida zona frecuentada pola comunidade homosexual, segundo informa a imprensa grega. 'Despois dos inmigrantes, sodes os seguintes', ameaza o texto impreso nas follas voandeiras, que levaba o logotipo de Amencer Dourado. Nos comicios do seis de maio, o partido ultradereitista obtivo 21 escanos no Parlamento, co apoio de case o 7% dos votantes. Unha marca que evidencia un ascenso da xenofobia no país heleno, amparando un discurso racista e homófobo que callou especialmente ben nun escenario de crise económica. A Rede para o Rexistro de Incidentes Racistas, en que toman parte Amnistía Internacional e Acnur --o alto comisioinado das Nacións Unidas para as persoas refuxiadas-- entre outras organizacións non gobernamentais, denunciaron xa en marzo o incremento dos ataques racistas, e criticaron a falta de acción do Goberno grego. Entre outubro e decembro do 2011, os datos máis recentes de que dispuñan, contaron un total de 64 agresións a persoas migrantes, destacando a tendencia á violencia en grupo co uso de armas improvisadas "mais potencialmente letais". Do mesmo xeito, sinalan que deses casos, até 18 son de violencia policial contra estas persoas, cometidos nas propias comisarías. |
NOS_46194 | A oposición lamenta que se aprobase "unha macromodificación en lote" dos orzamentos que "contén contías e proxectos de dubidosa viabilidade". | A modificación de orzamentos do Concello de Ourense por un importe superior aos 62 millóns de euros, que propuxera o actual rexedor, Gonzalo Pérez Jacome (Democracia Ourensá), entra en vigor este 12 de agosto após ser publicada na cuarta feira no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O proxecto de modificación orzamentaria foi presentado polo alcalde no pleno do Concello de 9 de xuño. Saíu rexeitado, polo que a Alcaldía formulou unha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos. Con cinco votos a favor, 14 en contra e sete abstencións foi rexeitada a cuestión de confianza e abriuse o prazo para a presentación de moción de censura cun candidato alternativo á Alcaldía. Rematado o prazo (o PP desbota a moción e volveu entrar no Goberno de Jácome), quedou aprobada a modificación orzamentaria. Desde o PSdeG acusaron o rexedor de "instaurar unha ditadura" que " amordaza o pleno" para sacar adiante un "orzamento en B". Afirmaron así que "os ditadores ditan leis sen Parlamento e Jácome aproba presupostos sen pleno", e reiteraron que non están de acordo con "gran parte do contido da modificación" por tratarse "en lote, sen participación dos grupos da oposición". O BNG compareceu onte ante os medios para criticar a aprobación da modificación orzamentaria. O portavoz do grupo, Luís Seara, lamentou que se aprobe "unha macromodificación en lote" que "contén contías e proxectos de dubidosa viabilidade", que "non responden a unha urxente necesidade" e que, ademais, "dilapida boa parte do remanente". Tamén criticaron "o silencio" do Partido Popular a quen acusou de estar "absolutamente entregado e submiso ás estratexias e actitudes de Jácome". |
PRAZA_13503 | ANABAD-Galicia reclámalle ao Concello "un esforzo para manter aberta a biblioteca", que pechará as súas portas o 1 de xullo. | O Concello de Agolada anunciou hai uns días que pecha a súa biblioteca municipal, que dá servizo os case tres mil veciños e veciñas empadroados, e que conta cun fondo de catro mil volumes e uns 140 socios e socias. O Goberno municipal di que o fai pola necesidade que ten de recortar gastos para facer fronte ás débedas que ten, por exemplo, cos proveedores, case 1,3 millóns de euros. A partir do 1 de xullo, se o Concello non muda a súa decisión, a biblioteca non volverá abrir. ANABAD-Galicia, que agrupa os profesionais dos servizos de arquivos, bibliotecas e centros de documentación de Galicia, manifestou xa a súa oposición ao peche e reclámalle ao Concello "un esforzo para manter aberta a biblioteca, porque, nestes tempos, tampouco debemos manexar soamente criterios de custo económico senón tamén os de valor social e aproveitamento colectivo". Os bibliotecarios e arquiveiros salientan que "aínda en época de crise, hai certos servizos culturais que deben ser de atención preferente, e non se deben descoidar, posto que teñen unha importancia capital para as comunidades ás que serven" A Xunta Directiva de ANABAD lembra que a crise económica que estamos a sufrir determina que as administración públicas, para facerlle fronte, tomen decisión que están a afectar seriamente a todos os ámbitos, "e especialmente ao eido da cultura, con incidencia directa nos arquivos, bibliotecas e museos". A asociación quere chamar á reflexión ao Concello de Agolada, "para que teña presente que desmontar a biblioteca ten un custo social moi importante, xa que este tipo de centro público presta servizos aos cidadáns, facilitando o acceso á información e á formación, e contribúen á igualdade de oportunidades". Os bibliotecarios e arquiveiros salientan que "aínda en época de crise, hai certos servizos culturais que deben ser de atención preferente, e non se deben descoidar, posto que teñen unha importancia capital para as comunidades ás que serven, como elemento dinamizador e nivelador das diferenzas". O grupo Bibliotecarios Gallegos Indignados vén de lanzar unha campaña de recollida de sinaturas a través de Change.org para impedir o peche da biblioteca. Defenden que o uso das bibliotecas aumenta precisamente en tempos de crise e que resultan "básicas para a formación, a información e mesmo o ocio das persoas", polo que en moitos lugares as bibliotecas son o servizo máis valorado polos cidadáns. |
PRAZA_17203 | Artigo gañador do XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2018 | Lembrei tamén cando ao chegar á universidade me frustraba que ás veces non se entendesen os meus matices, porque claro, ao se falar en cada sitio dun xeito... ao final o que se impón? O termo castelán que cadre. Que dilema. Como conxugarmos o común co particular? Entrei na casa e bañoume un cheiro intenso a caldeirada, a voz de miña nai ouvíuse no fondo, atende ao que ten túa nai, unha cousa que nunca viches, tróuxenos para ti. Enriba da mesa uns toros de peixe cocido que para os meus ollos pouco espertos podería ser perfectamente xarda apañada antes do tempo. Abre un, abre. E fiquei parvo. Tiña por dentro unha espiña dunha cor tan bonita e tan intensa e tan difícil de definir... O máis próximo sería o espazo entre verde mar e azul turquesa. Apunta a palabra que despois esquénceme, son pataguillóns. Saquei o móbil e foto para o instagram e a procurar no google se aparecía calquera cousa. E aparecía, no medio dunha listaxe enorme de nomes para a mesma especie: alcrique, chandarme, crisna, croque, alpabarda... Alpabarda? Non pode ser. Había como pouco quince anos que non daba con tal cousa! Era o insulto diario que o meu veciño de porta con porta, aínda hoxe o meu mellor amigo, utilizaba comigo cando eramos nenos. Así que significaba iso, entre tantas hipóteses que eu me tiña formulado. Comparábame cun peixe azul longo e delgado e con cara de tesoira. E fíxome darlle á cachola sobre estes campos semánticos, case sempre vinculados coa natureza ou cos oficios tradicionais, en que se encontra unha variedade de termos colosal. O que hai é por un lado unha riqueza brutal do idioma no seu conxunto e por outro unha perda de palabras que se dá de maneira aleatoria e irregular pola incidencia continuada do español Pensei primeiro en como cando era adolescente a palabra pinchinar, algo así como abanar mais con matices realmente profundos, me parecía todo un símbolo da miña parroquia, e en como o que molaba de verdade era ese galego tan particular que chegara a min a través dos séculos de boca en boca, case como un segredo. Iso construíu unha parte central da miña identidade. Mais logo lembrei tamén cando ao chegar á universidade, xa debruzado na defensa da lingua, me frustraba que ás veces non se entendesen os meus matices, porque claro, ao se falar en cada sitio dun xeito... ao final o que se impón? O termo castelán que cadre. Que dilema. Como conxugarmos o común co particular? E entón vino claro. Se na miña casa un peixe se chama dunha maneira e na do lado doutra non é que esteamos exactamente ante unha cuestión de identidade local. Máis localistas ca nós co noso rueiro, difícil. O que hai é por un lado unha riqueza brutal do idioma no seu conxunto e por outro unha perda de palabras que se dá de maneira aleatoria e irregular pola incidencia continuada do español. Iso é o que explica por exemplo o conflito no Carballiño co termo polbo, para min o máis natural do mundo, e que no entanto eu tivese que marchar fóra para ouvir algo tan corrente para outra xente como é ceo. O local interpélanos sentimentalmente e o común únenos e permítenos coidarnos como colectivo. As palabras que nos pertencen están aí á espera de que as descubramos. O dilema inicial era falso Pataguillón non é a miña palabra nin alpabarda a do meu amigo: todas son de todas. Todo é de todos. O detalle que algunha vez se perdeu na miña aldea se cadra conservouse, que sei eu, na montaña de Lugo, ou en Braga, ou nun poema de Pondal. Por acaso non é lindísimo? O local interpélanos sentimentalmente e o común únenos e permítenos coidarnos como colectivo. As palabras que nos pertencen están aí á espera de que as descubramos. O dilema inicial era falso. De repente vibra o móbil cunha mensaxe privada de instagram dun compañeiro do traballo. Dime que na súa terra se chaman chínfanos. Adoro. Ficaches parvo fillo. É que esa cor é flipante mamá, parece veleno. Veleno do bo, pousa o móbil e come. *Artigo gañador do XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2018 Publicidade |
PRAZA_20690 | O filólogo e profesor vigués Suso Moinhos publica nesta lingua internacional a obra de Neira Vilas e cumpre así coa promesa que lle fixera ao autor antes do seu falecemento. | Memorajoj de kampara knabo. Memorias dun neno labrego. A obra máis lida da literatura galega xa ten a súa versión en esperanto. O filólogo vigués Suso Moinhos vén de publicala no pasado mes de xullo da man da editorial Mondial, con sede en Nova York e a máis importante desta lingua universal e internacional. A obra máis lida da literatura galega xa ten a súa versión en esperanto desde o pasado mes de xullo O profesor, poeta e falante de esperanto desde os 16 anos cumpre así coa promesa que el mesmo lle fixera a Xosé Neira Vilas, falecido hai case dous anos. Agora, a obra dedicada "a todos os nenos que falan galego" e con máis de trinta edicións na nosa lingua contará cunha versión máis e neste idioma internacional para engadir á morea de falas nas que foi publicada, desde o español, portugués, alemán, catalán, éuscaro, asturiano ou inglés. Desde hai anos, Moinhos é redactor da revista en esperanto Beletra Almanako, onde propuxoe publicar algo de literatura galega. Decidiu comezar co capítulo sobre Pachín, o can de Balbino. "Púxenme en contacto con Neira Vilas e accedeu encantado, tanto que me dixo se podería traducir o resto do libro. E así comezou a cousa", conta o autor a Praza.gal. Estudou os mellores tradutores nesa lingua e comezou cun longo traballo durante o cal -case ao final- faleceu o autor de Memorias dun neno labrego. Antes, o profesor vigués prometéralle que acabaría a tradución. "Díxenlle que confiara en min, que así o faría e creo que creu nas miñas palabras", insiste. Neira Vilas faleceu mentres Moinhos remataba a tradución da súa obra: "Díxenlle que confiara en min, que faría a tradución" A de Neira Vilas é a segunda obra da literatura galega que é publicada en esperanto logo de que o fose Retrincos (Viveroj), de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Nesta publicación, prologada pola profesora da Universidade de Vigo Iolanda Galanes, inclúense fotografías cedidas pola Fundación do autor de Vila de Cruces ou os debuxos orixinais de Isacc Díaz Pardo. A obra sae agora do prelo logo de ser presentada en Galicia durante o congreso internacional As visibilidades da tradución celebrado na Universidade de Vigo e na que interveu o propio tradutor, Suso Moinhos, que desde o ano 2015 forma parte do equipo de redactores da devandita revista literaria Beletra Almanako e dirixe o módulo de literatura do curso en liña RITE para profesores de esperanto, idioma desenvolvido a finais da década de 1870 e a comezos da década de 1880 polo oftalmólogo xudeu Zamenhof, que publicou o primeiro libro en 1887, data de referencia para este idioma. A versión de Memorias dun neno labrego en esperanto pode ser adquirida en papel a través de diferentes plataformas web como Amazon, así como en Google Play para o formato electrónico. Ademais, as librarías poden mercalo a través das principais distribuidoras e está dispoñible nas diferentes asociacións de esperanto en diferentes países do mundo. |
NOS_462 | Como podemos deixar para o futuro a memoria do que fomos? Unha posíbel resposta é a que introduce Xosé Monteagudo na súa última novela Eternity, gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol 2021 e publicada pola Editorial Galaxia. O seu autor conversa con Nós Diario sobre os elementos protagonistas dunha trama que fala, tamén, de precariedade laboral. | Vivimos un tempo en que se lle dá máis importancia á recuperación da memoria? Hai dous tipos de memoria: a memoria persoal e a memoria social ou colectiva. A memoria persoal sempre foi algo importante. Cada persoa trata de deixar unha imaxe de si mesma, do seu paso pola terra, que transcenda a súa vida unha vez que desaparece a persoa. Eu creo que todo o mundo temos ese certo desexo ou afán de deixar unha pegada. A memoria social é distinta. Faise con actos que teñen unha relevancia máis social, máis pública. É importante noutros aspectos que teñen máis que ver co devir histórico e coa política. Na proposta da súa obra intervén a situación de precariedade laboral que hai na actualidade. A precariedade laboral é algo actual aínda que sempre existiu, non é propia destes tempos. Na historia máis recente a xente do común, as traballadoras e os traballadores sempre estiveron nunha precariedade bastante grande. A inseguridade a nivel de mercado de traballo é unha constante. Quizais visibilízase máis nestes tempos como se visibilizan moitas outras cousas que estiveran máis agochadas, ocultas ou que non se lle daba esa visibilidade pública. As novas tecnoloxías, tal e como figuran na novela, facilitan calquera escenario? A revolución dixital é algo que está espallándose a todos os eidos do ser humano e da súa actuación. Desde os máis sinxelos até os máis transcendentes. O curioso é que nese espallamento do eido dixital o tema da morte aínda non foi tocado polo mundo das novas tecnoloxías. O que conta a novela é o intre en que ese eido, o do desexo de transcender, entra dentro da esfera dixital, da revolución dixital. A revolución dixital é algo que está espallándose a todos os eidos do ser humano e da súa actuación Nese sentido creo que é unha novela de anticipación. Estou convencido de que o que describo na obra, a aplicación que conto ou algunha semellante, existirá nun futuro próximo. Estou convencido de que non tardará moito en ser así. Tamén hai interese en borrar a pegada dixital. É algo contraditorio non? É curioso. Prodúcese unha situación moi paradoxal na actualidade. Temos as leis máis protectoras, máis restritivas da intimidade, da propia imaxe. Están aí as leis de protección de datos e tes que dar consentimento para case todo. Pola contra, a realidade é que nunca a vida das persoas estivo tan exposta á publicidade e ao coñecemento público a través das redes sociais e calquera das aplicacións de internet. Só tes que pór en calquera buscador de internet o nome dunha persoa, sexa a que sexa, e serán poucos os casos en que non haxa información desa persoa. Nunca a vida das persoas estivo tan exposta á publicidade e ao coñecemento público a través das redes sociais No exemplo da novela trátase do desexo da transcendencia do ser humano, de como queremos que sexa o que quede de nós. Contén algunhas experiencias propias? Toda novela é un pouco autobiográfica no sentido de que unha escritora ou un escritor sempre emprega pequenos detalles da súa experiencia, do que coñece, para encher os ocos da ficción e para ficcionalizar a realidade. O que describe a novela en si non é autobiografía, mais o que son os sentimentos, o feito de situarme na realidade leva algúns elementos da miña vida. Máis que nos feitos, está na actitude ou no punto de vista que un ten diante da vida e diante da realidade. Quen escribe non pode afastarse das ideas que ten para contar unha realidade diferente e do que pensa sobre determinadas situacións. Non quero dicir que sexa unha novela de tese nin que exprese as miñas ideas conscientemente mais, seguramente sen decatarme de maneira plena, si que hai unha actitude e unha visión da realidade que transcende a novela. É algo que nos sucede a todas as persoas que escribimos. |
NOS_42274 | A maior parte das reclamacións recollidas por este servizo gratuíto da Mesa pola Normalización Lingüística fan referencia ás administracións públicas. | Durante este 2015 a Mesa pola Normalización Lingüística abriu un total de 157 expedientes de queixa a través do seu servizo da Liña do Galego, expedientes que naceron das 195 comunicacións recibidas. A Liña do Galego é un servizo gratuíto que ofrece a Mesa, aberto a toda a poboación, e que atende consultas sobre dereitos lingüísticos, tramitando queixas e reclamacións cara ás institucións, empresas e entidades que os vulneran. Tamén recolle parabéns para aqueles colectivos ou administracións que dean pasos para garantir o dereito a vivir en galego. Motivos e entidades implicadas. A MNL presentou esta segunda feira en Compostela a 'Memoria da Liña do Galego en 2015'. No documento recóllese a atención oral e escrita coma o principal motivo de presentación de queixa (o 33% das rexistradas), seguida da rotulación e sinalización (17%) e da toponimia deturpada (14 por cento). Un desglose das reclamacións no que respeita a entidades implicadas indica que o 51% das queixas fan referencia a administracións públicas, precisamente quen ten que velar polo cumprimento da lei que ampara os dereitos lingüísticos. E dentro das administracións, é a autonómiva galega a que concentra a meriando parte das queixas, o 52% de todas as que atinxen ás administracións. A do Estado está no albo do 27% das reclamacións e a local no 21%. Institucións privadas Mais este tipo de denuncias tamén se refire a institucións privadas (un 16% das queixas presentadas) e públicas (12%). As empresas de servizos, cun 12% das reclamacións presentadas, e as grandes superficies (6%), así como as empresas de telefonía (3 por cento), tamén son sinaladas nestes expedientes abertos a raíz da denuncia a través da Liña do Galego. O documento presentado pola MNL desagrega as queixas referentes ás empresas privadas, o que permite comprobar como o 13% desas reclamacións refírense a Gas Natural-Fenosa. Abanca, Audasa e Ikea atinxen cada unha un 9% das queixas. A compañía aérea Vueling' o 7% e ADI/Renfe, un 6 por cento. Para a MNL, unha das conclusións deste informe é que a administración pública é "cómplice dos ataques contra o galego", incumprindo acordos nacionais, estatais e internacionais. Fronte a iso, indica a organización, o compromiso da cidadanía é chave para rachar "a normalidade e impinidade da exclusión do galego". |
NOS_14237 | Un retraso na convocatoria das bolsas posdoutourais por parte da Xunta de Galiza provocará o envío ao desemprego de investigadoras e investigadores das tres universidades galegas co inconveniente engadido de non teren certeza de se volverán renovar o seu contrato. | Investigadoras e investigadores das tres universidades galegas irán ao desemprego nos vindeiros días. Algunhas farano a vindeira segunda feira, pois este 29 de xuño rematan o seu contrato e un retraso organizativo da Xunta de Galiza fai que a vindeira convocatoria contractual non estea operativa até dentro de mínimo cinco meses. A Xunta oferta cada ano dúas modalidades de bolsas posdoutorais. A denominada como modalidade A conta con tres anos de contrato nos que durante os dous primeiros a investigadora ou investigador realiza o seu traballo nunha institución estranxeira, mentres que no terceiro e último curso retorna a Galiza para continuar o seu labor nunha universidade ou centro de investigación da terra. Após facer eses tres debe pasar unha avaliación que a permitirá optar á modalidade B coa que pode seguir investigando durante dous anos máis. A Xunta leva convocando estas dúas modalidades de bolsas nos últimos anos de maneira que os contratos entre ambas A e B solapábanse habitualmente ou ficaban como moito cun par de semanas de separación entre ambas, mais sempre coa seguranza de que a investigadora ou investigador sabía se ía entrar na modalidade B, é dicir que non ficaba no desemprego sen expectativas. Este ano a Xunta retrasou a convocatoria B e moitas investigadoras e investigadores rematan este 29 de xuño o seu contrato A e non saberán se van entrar na seguinte modalidade como mínimo até o 15 de novembro. Isto implica que ficarán no desemprego durante máis de 5 meses sen nin sequera saber se van contar cun contrato após ese tempo. O máis alarmante é que non se trata dun problema de cartos, senón de organización e mala xestión, pois a modalidade B estaba xa orzada na anterior convocatoria. Unha problemática que ademais atenta contra do espírito da propia convocatoria que enfatiza a necesidade de que a persoa investigadora conte con continuidade no seu labor. A deputada do BNG Olalla Rodil preguntou en sede parlamentaria á conselleira de Educación da Xunta de Galiza, Carme Pomar, sobre o financiamento universitario e destacou unha "precariedade insostíbel" en referencia a esta problemática, poñendo de relevo que a convocatoria posdoutoural deste ano vai deixar no limbo durante 5 meses as investigadoras e investigadores e penalizará aquelas persoas que se acolleron a unha baixa por maternidade ou paternidade. De feito, o contrato permitía nas anteriores convocatorias escoller entre prorrogalo o tempo que se collese a baixa ou ben agardar até a convocatoria seguinte para presentarse. Porén na nova convocatoria elimínase a primeira opción e as persoas que estean neses casos han de presentarse á convocatoria do ano que vén, o que implica ter parada un curso enteiro a carreira investigadora. |
NOS_19066 | A CIG-Ensino advirte de que neste curso escolar o horario de impartición de materias en lingua galega é aínda menor pola modificación da carga lectiva importa pola LOMCE. O sindicato maioritario no sector urxe a Consellaría de Educación a actuar. | Coa aplicación da LOMCE, a materia que antes se denominaba Ciencias Naturais, que constaba de sete sesións lectivas impartidas en galego (catro en 1º ESO e tres en 3º), desagregouse en Bioloxía e Xeoloxía e Física e viu reducida a carga lectiva a seis sesións (catro en 1º ESO e dúas en 2º no caso de Bioloxía e Xeoloxía e ningunha no idioma propio do país no caso de Física e Química). Física e Química, lembra a CIG, non pode impartirse en galego porque así o impide o Decreto 79/2010. A CIG pide que a Xunta "levante o veto para impartir certas materias en galego, nomeadamente Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía" "Esta situación provoca a diminución do horario en lingua galega, xa de por si moi reducido por mor da imposición do Decreto 79, sen que a Consellaría teña adoptado ningunha medida para garantir o emprego da nosa lingua na xa exigua carga lectiva que lle permite o decreto", explica a CIG-Ensino, que se dirixe á Xunta para que actúe de urxencia e "adecúe as as áreas que hai que impartir obrigatoriamente na nosa lingua e levante o veto para impartir certas materias en galego, nomeadamente Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía". Se a Consellaría de Educación non corrixe o novo desagravio á lingua galega, a CIG adoptará "os procedementos legais correspondentes". Circular exclusivamente en español Aliás, o sindicato empraza a Dirección Xeral de Educación a rectificar de maneira urxente unha circular enviada aos centros e dirixida ás persoas auxiliares de conversa escrita que está redactada exclusivamente en español. O secretario nacional da CIG-Ensino cualifica esta decisión como "totalmente desapropiada". "A circular até lles foi enviada ás persoas auxiliares de conversa en portugués", lamenta. A CIG-Ensino considera a práctica "unha renuncia ao noso idioma un incumprimento da normativa no relativo á lingua oficial da Administración e unha decisión interesada ao ocultarlles ás persoas que realizan este labor a existencia e o estatus da nosa lingua propia". Louzao denuncia o "desleixo" de Educación co idioma O envío da circular e a redución do horario en que as materias se imparten en galego leva a Anxo Louzao a salientar que "son novas mostras do desleixo da Consellaría de Cultura e Educación co noso idioma, desentendéndose e mesmo actuando en contra do que debe ser a súa obriga primeira: velar pola normalización plena e efectiva da lingua de noso". |
NOS_1038 | A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, da que participa a plataforma SOS Sanidade Pública, presentou un documento cos puntos que consideran esenciais para garantir recuperar a boa calidade na atención nos centros de saúde. | Entidades de todo o Estado español, integradas na Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, presentaron esta quinta feira un documento que, a través de 11 puntos, aposta por recuperar "o recortado nos últimos anos, incrementando o orzamento até un 25% do total". Demandan "aumentar o cadro de persoal eliminando as trabas de acceso a probas diagnósticas e terapéuticas", así como "garantir uns centros de saúde abertos, accesíbeis, próximos a toda a poboación e sen listas de agarda". Reclaman "dar prioridade ás consultas presenciais" que cren "fundamentais para lograr unha eficaz relación entre profesional e paciente". No mesmo sentido din que "as consultas telefónicas e telemáticas deberán ter un papel complementario e non discriminatorio". Botan en falta novas e novos profesionais "de fisioterapia, matronas, saúde mental, logopedia, atención temperá e farmacoloxía clínica" e queren que se incremente o persoal das áreas de admisión. Ademais, piden "desmedicalizar a Atención Primaria e ofertar opcións de coidados cunha orientación comunitaria e sociosanitaria" apostando por "mellorar a relación co nivel hospitalario". No manifesto reivindican, tamén, mudar as áreas de saúde para que "se convertan no espazo para a integración de todas as actuacións e actividades de saúde". Por último reclaman "garantir a participación e empoderamento da cidadanía para a promoción de saúde e a mellora dos servizos sanitarios constituíndose tres consellos de saúde que permitan unha participación real e efectiva" xunto a unha "promoción do nivel de intelixencia da Atención Primaria potenciando as actividades formativas, docentes e de investigación, con recursos e equipamento propio e suficiente". Denuncian mala xestión Xosé María Dios, médico e voceiro de SOS Sanidade Pública, asegurou que este manifesto "vai ser un antes e un despois se lle fan caso" para este sistema sanitario e anunciou que se prepara a convocatoria dunha "gran manifestación" na Galiza que "poña a Atención Primaria no centro do debate político". Na presentación do documento outro médico de familia galego, Manuel Martín, lamentaba a "mala xestión dos centros de saúde" e advertiu de que coa pandemia "a situación se agravou" co "recorte" na consulta presencial. |
NOS_24825 | Celebran o seu décimo aniversario e botan a casa pola fiestra. Un fin de semana de luxo no Festival Revenidas de Vilaxoán con Narf, Muguruza, Diplomáticos, Ruxe Ruxe, Zënzar, Ulträqäns e moita máis música e actividades. | A asociación A Repichoca está de conmemoración do décimo aniversario do seu festival Revenidas e, con ese motivo, artellaron un fin de semana completo que reventará Vilaxoán con festa e música a todas horas. O programa máis potente dos seus dez anos ten nos concertos o seu prato forte mais tamén no convívio, a acampada de balde, as actividades populares e o encontro festeiro nun fin de semana que promete non ter parada. Formada pola propia veciñanza de Vilaxoán, a Repichoca ponse á fronte do popular festival, unha cita que cobra forza cada ano no calendario festivaleiro e que, desta volta, é de obrigada asistencia á quen quere sentir ao vivo a música en galego. As bandas galegas Fura Fura, Ulträqäns, Zënzar, Ruxe Ruxe, Najla Shami e Arrhythmia canda os valencianos Orbrint Pas compoñen o programa dos concertos de noite desta sexta feira. Na sesión do xoves, o Revenidas homenaxeou ás traballadoras da conserveira Cuca. Muguruza e Os Diplomáticos O xa clásico do Revenidas, a sardiñada popular, terá lugar o sábado nos arredores do parque e a organización agarda que milleiros de persoas se acheguen a esta xornada que busca tamén contribuír de maneira comunitaria ao financiamento do festival. Non será tampouco sen música e diversión xa que para a sesión está prevista a actuacón de os Terribles de Arousa e Trópico de Grelos ademais de contacontos, teatro, pallasos e maxia. Pola tarde Circo Chosco, Kanbahiota, Mentaline, Mago Teto, Madre Merino e Peter Punk participarán na gala solidaria co Sáhara xunto co concerto de Narf. Xa na noite Fermín Muguruza e Zuloak, e dos galegos Os Diplomáticos de Monte Alto, A Compañía do Ruido, O Caimán de Río Tea e Martelo protagonizarán outra xornada para non esquecer deste décimo aniversario de Revenidas. |
NOS_4296 | Mantense o nivel 2 de alerta en Fecha (Compostela), Xuño, Baroña e Caamaño (Porto do Son), Toba (Cee), Albeos (Crecente) e Mourentán (Arbo) onde as lapas se atopan moi próximas ás vivendas. | Segundo a información feita pública esta quinta feira (11 de agosto) pola Consellaría de Medio Rural, a Xunta de Galiza mantén como "medida preventiva" por mor dos incendios forestais, o nivel 2 de alerta en sete parroquias. Trátase de Fecha (Compostela), Xuño, Baroña e Caamaño (Porto do Son), Toba (Cee), Albeos (Crecente) e Morentán (Arbo) onde tamén foron desaloxadas das súas vivendas, pola proximidade das lapas, máis de 700 persoas a pasada noite. O lume atinxe 13 concellos do país entre incendios descontrolados e estabilizados. Nalgúns lugares como Cotobade, as lapas mantéñense desde hai tres días. Desde a segunda feira arderon perto de 4 mil hectáreas segundo as estimacións do goberno galego. Por localidades, a situación é a seguinte, segundo notificaron as autoridades de Medio Rural que só dá conta daqueles lumes que superan as 20 hectáreas ardidas. Lumes en "Situación 2" CompostelaPermanece decretada a "Situación 2" no incendio rexistrado no concello de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 500 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). ArboTamén está activo desde as 20:23 horas de onte un lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada está nunhas 500 hectáreas. Alí traballan 1 técnico, 2 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero. Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)Segue decretada a "Situación 2" no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume ao núcleo do Castro. Este lume uníuse ao que estaba localizado nas parroquias de Xuño e Caamaño e xuntos afectan a unha superficie provisional dunhas 500 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 10 axentes, 24 brigadas, 17 motobombas e 4 helicópteros. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). CeeDecretada a "Situación 2" no incendio rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba, pola proximidade do lume ao núcleo do Sembra. Este lume iniciouse ás 18:25 horas de onte e segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 7 axentes, 15 brigadas e 8 motobombas. CrecenteO lume no concello de Crecente, parroquia de Albeos, comezou ás 17:52 horas da tarde de onte e permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 200 hectáreas. Participan na súa extinción 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero. AviónDecretada a "Situación 2" no incendio rexistrado no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva, pola proximidade do lume ao núcleo de Porreira. Este lume uníuse ao rexistrado na parroquia de Avión. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é dunhas 400 hectáreas. O lume comezou ás 16:51 horas de onte e permanece activo. No lugar están a traballar 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Lumes activos Soutomaior-SoutomaiorPermanece activo outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, no que estivo decretada a "Situación 2" e xa foi desactivada, por proximidade do lume ao núcleo de San Martiño de Ventosela, no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 230 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Soutomaior-ArcadeDecretada a "Situación 2" no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade, pola proximidade do lume ao núcleo de Xunqueiriñas. O lume comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada total é dunhas 180 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 8 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións. VimianzoActivo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas. CotobadePermanece activo un incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, desde as 20:21 horas de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar están a traballar 4 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas. Lumes controlados FisterraAdemais, rexistrouse tamén un lume no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, controlado dende as 10:52 horas, cunha superficie afectada estimada en 28 hectáreas. Comezaba ás 02.35 horas de onte e na súa extinción levan traballado 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero. PontevedraControlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas. No seu control traballaron 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero. CotobadeO lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións. MondarizTamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros. Caldas de ReisPermanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 19 axentes, 37 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións. Foron extinguidos os incedios de Cerceda e Rois. |
NOS_39834 | Os operarios da cafetaría situada na estación de autocarros da capital galega puxeron fin a perto dun mes de loita polos seus postos de traballo. O persoal será subrogado após finalizar o concurso público da nova concesión. | Manterán o seu posto de traballo e a antigüidade laboral. Ese é o acordo alcanzado esta sexta feira entre a empresa pública Tussa --titular da estación de autobuses de Compostela-- e os traballadores da cafetaría. A entidade asegurou que os operarios serán contratados de novo pola empresa que se faga coa concesión da cafetaría após un concurso público. Polo de agora ficarán no desemprego con dereito a prestación. Logo de perto dun mes de fechamento nas instalacións para exixiren o mantemento dos seus postos de traballo, os operarios conseguiron que Tussa inclúa no novo prego de condicións a súa subrogación. Asemade, a empresa municipal comprometeuse --no acordo asinado cos traballadores-- a rebaixar as condicións de acceso á concesión. Así o asegurou o secretario comarcal da CIG-Servizos, Roberto Alonso, quen lamentou teren que ter chegado a esta situación para obrigar o concello a dialogar e que se garantira así a continuidade do persoal. No entanto, amosou a súa satisfacción polo resultado obtido, froito da combatividade dos traballadores e da persistencia nas súas demandas malia as dificultades. |
NOS_40122 | A CESM Galiza urxe á xerencia un "cambio de estratexia" e pide que cese na súa "resistencia numantina". | Os centros sanitarios continúan saturados por mor da combinación de dous factores que se dan na Galiza coa chegada do verán: a falta de efectivos, por mor das vacacións que boa parte das veces non se cobren, e o aumento da poboación nas cidades e municipios costeiros polo turimso. O persoal médico das Urxencias de Montecelo, en Pontevedra, leva tempo advertindo da sobrecarga de traballo que padece e que dificulta a prestación do servizo de forma axeitada. O Barbanza sae á rúa contra os recortes na Primaria: "Os tempos que están por vir serán peores que os actuais" Así, a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) na Galiza informa na mañá desta sexta feira, como vén sendo habitual cada día nas últimas semanas, da situación na que se atopan as Urxencias: ás 9 horas quedaban aínda 23 pacientes pendentes dunha cama, un deles positivo en Covid-19. E dun modo semellante rematou a maratoniana xornada da quinta feira, xa que contra as 15 horas había 27 persoas doentes agardando seren ingresadas, o que provocou que se chegasen a esgotar as padiolas dispoñíbeis. Chegada a noite, arredor das 21 horas, aínda quedaban 21 pacientes. Ás 9 horas desta sexta feira había 23 pacientes sen cama asignada, un deles con Covid-19 Desde a CESM critican que a xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés "segue no propósito de fechar camas no que queda de verán": 64 no Hospital Provincial —alén doutras nove a maiores na planta de lactantes que se fecharon no inicio da pandemia— e 28 en Montecelo. E outro tanto do mesmo acontece no Hospital do Salnés, onde, indican, xa foron fechadas 24 camas, polo que o cómputo global ascende a 125 espazos de hospitalización fechados. Sindicatos denuncian que as Urxencias de Montecelo seguen saturadas: "Hai padiolas nos corredores e zonas de paso" Isto acontece, advirten, nun contexto de incremento xeneralizado de casos da Covid-19 —"achegándose ás cifras da segunda vaga"—, cando tamén medra a presión asistencial pola "chegada de turistas" e máis polo "colapso da Atención Primaria", un servizo no que "non hai profesionais suficientes". En consecuencia, desde a CESM urxen á xerencia un "cambio de estratexia" ante a súa "resistencia numantina". "Sexa humilde e rectifique, señor xerente. Lembre que os numantinos, aínda que valentes, morreron todos. Non force o sistema máis porque se o fai os pacientes reclamaranllo", sentencian. |
PRAZA_2268 | O encontro Eu Amo Fedellar busca impulsar a construción de maquinaria agrícola en código aberto. Celebrarase en Láncara o vindeiro 23 de outubro, organizado pola Rede ReVOLTA (formada por grupos das tres universidades galegas), Montenoso ou o colectivo maker de Lugo | O movemento Open Source chega a todos os espazos: do software ao hardware, da man do vizoso movemento maker, e neste eido tanto ten que se trate de ordenadores, robots, drones, recreativas, ou maquinaria agrícola. O fundamental é facer, fedellar, construír dende cero un aparello, de forma colaborativa e en código aberto, baixo a premisa do faino ti mesmo e o faino con outros. O vindeiro 23 de outubro Láncara acollerá un encontro que dará forma á iniciativa Eu Amo Fedellar, un proxecto de construción de maquinaría agrícola en código aberto. Eu Amo Fedellar está impulsada pola Rede ReVOLTA (composta por sete grupos de investigación das universidades galegas), o colectivo de creación contemporánea Montenoso, a ONG Enxeñería sen Fronteiras, o colectivo Makers de Lugo, a Asociación Galega de Amigos de Maquinaría Agrícola Clásica e o Colexio Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Os seus responsables destacan que a proposta se insire dentro do movemento das economías en código aberto e parte de dúas fontes principais: "a capacidade propia dos galegas e galegas que historicamente veñen acreditando unha capacidade de autosuficiencia" e, por outro lado, do proxecto Open Source Ecology, unha comunidade que leva traballando tempo no desenvolvemento de maquinaría agrícola en código aberto. As comunidades de desenvolvedores/as open source destacan "pola apertura do código e a posibilidade de remestura e uso por parte da cidadanía interesada, facilitando que todo aquel que estea interesado poda fedellar, fozar no seu aparello e amañar por si mesmo a súa propia maquinaría", sinalan. O encontro, aberto a todas as persoas interesadas (que se deben inscribir antes do día 21 en [email protected]), celebrarase no Museo Integrado de Maquinaría Agrícola Clásica e quere ser "unha mostra de diferentes accións relacionadas coa maquinaría agrícola en código aberto, a evolución da innovación tecnolóxica ou a necesidade de impulsar a robótica no medio rural", indican os seus organizadores. A xornada abrirase coa intervención do catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto, que falará de "A innovación tecnolóxica ao longo da historia". Seguirán Pablo Blanco (Montenoso): "Non Intente facer isto na súa casa: Experiencia persoal no deseño e manufactura dun produto calquera" e o relatorio "As tecnoloxías non son neutras" (Enxeñería Sen Fronteiras). "Por unha robótica Open Source no rural", de Tucho Mendez (CPI Alcalde Xose Pichel Coristanco); "Ou de como amañar un tractor con arduino", de Jesús Toural (Makers Lugo); e "Maquinaría agrícola clásica, unha actividade innovadora", de Marcos Vázquez (Asociación Galega de Amigos de Maquinaría Agrícola Clásica) darán paso ás conclusións do encontro |
NOS_36686 | O viceportavoz do PSdeG, Pablo Arangüena, pídelle ao Goberno galego que poña en marcha "accións e medidas necesarias" que permitan "impedir a consolidación do dominio ou outros dereitos reais inmatriculados a favor da Igrexa católica na Galiza". | O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que facilite as reclamacións de posíbeis titulares lexítimas dos bens inmatriculados pola Igrexa na Galiza a raíz das reformas da normativa hipotecaria de 1996 e posteriores. O responsábel socialista sinala que un de cada cinco bens inmatriculados no Estado corresponden a Galiza. O responsábel socialista pídelle ao Goberno galego que poña en marcha "accións e medidas necesarias" que permitan "impedir a consolidación do dominio ou outros dereitos reais inmatriculados a favor da Igrexa Católica na Galiza" cando esta "se fixese sen título material que a xustificase ou cando o ben fora de dominio público" e, polo tanto, non puidese ser declarado de titularidade privada. Arangüena presenta esta iniciativa a raíz da iniciativa do Goberno do Estado de facer pública a relación dos bens inmatriculados aproveitando a vía aberta pola modificación da normativa hipotecaria do goberno de Aznar. Segundo estes datos, dos 35.000 bens inmatriculados pola Igrexa, un total de 7.131 corresponden a Galiza, e dentro destes hai 2.747 templos, mentres o resto está integrado por todo tipo de bens inmóbeis. A relación completa destes bens vén de ser remitida ao Congreso, un feito que que abrirá o prazo para que particulares ou entidades públicas poidan reclamar legalmente cando estean en desacordo coa declaración de titularidade en favor da Igrexa. Por este motivo, pídelle ao Goberno galego que faga accesíbel a relación dos bens radicados en territorio galego que fosen inmatriculados pola Igrexa Católica. Arangüena lembra que os socialistas galegos xa presentaran na Lexislatura pasada unha serie de iniciativas para pedirlle á Xunta que impedira a consolidación do dominio ou outros dereitos reais a favor da Igrexa católica na Galiza para poderen recuperar eses bens. Trátase, explicou, de "evitar situacións nas que as inscricións se tiveran feito sen título material e previo que as xustificase ou cando o ben, por ser de dominio público, non puidera pasar á titularidade privada". O responsábel socialista advertiu que a reforma normativa de Aznar posibilitara no seu día "que se inmatriculasen a favor da Igrexa inmobles sen dispor do título ou cando fosen de titularidade pública. |
NOS_22048 | A industria electrointensiva continúa á deriva mentres o Estado nin permitiu a Alcoa presentarse á poxa de interrumpibilidade desta semana nin dá sacado o estatuto coa rebaixa da tarifa eléctrica que estas empresas precisan para producir. O 30 de xuño produciranse máis de 200 despidos de non haber solucións na mesa. O secretario xeral da CIG esixe ao goberno que deixe de mentir coas poxas e os prazos, e realice a adquisición pública da fábrica. | As empresas electrointensivas na Galiza, como Alcoa, que consumen grandes cantidades de enerxía eléctrica para producir, están en grave perigo de peche por non poder facer fronte aos sobrecustos que inflan o recibo da luz para beneficio das empresas eléctricas. Esta semana realizouse unha poxa de interrumpibilidade e, a pesar de que o goberno tiña anunciado que Alcoa si podería participar nela e que isto melloraría a situación e daría maior seguranza os postos de traballo, o certo é que Alcoa non puido presentarse. Segundo explicou a Delegación do Goberno en Asturias impedíuselle porque, a pesar de "a falta de competitividade das súas plantas da Coruña e Avilés poder entenderse como inherente ao risco comercial normalmente asumido pola empresa nunha poxa", esta situación de risco "xa era coñecida con anterioridade" á propia poxa, polo que non entraría dentro das excepcións previstas na norma. "A negativa a Alcoa para poder presentarse na poxa confirma as mentiras do goberno español sobre a industria electrointensiva", denuncia Carril De feito, a normativa sobre a interrumpibilidade dita que se a empresa solicita non continuar prestando un servizo, a súa desistencia conlevaría a imposibilidade de volver prestar o servizo durante seguinte período, salvo que a desistencia se producise por motivos excepcionais debidamente xustificados polo interesado. Neste caso, considérase que a situación de Alcoa non é imprevista nin excepcional, escudándose en que plantas de A Coruña e Avilés comunicaran que suspendían os servizos de interrumpilidade a consecuencia do despedimento de traballadoras e traballadores. O estatuto é unhas das medidas que a CIG demandou do goberno, dotado dunha rebaixa estábel no prezo da luz para as empresas electrointesivas Para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, a negativa a Alcoa para poder presentarse na poxa confirma as mentiras do goberno español sobre a industria electrointensiva. De feito, lembra que a CIG non asinou o ERE de Alcoa entre outros motivos, porque non había compromisos do goberno en arrincar a electrólise e ter aprobado un estatuto con rebaixa tarifaria no prezo da luz para estas industrias antes do 1 de xullo (data en que se producirán os despedimentos de non haber solucións). En declaracións a Sermos Galiza, Carril asegura que "se está demostrando que os compromisos que amosaban daquelas no goberno non eran certos, pois non temos aínda o estatuto electrointensivo". Este estatuto é unhas das medidas que a CIG demandou do goberno, dotado dunha rebaixa estábel no prezo da luz para as empresas electrointesivas, xa que precisan moito gasto enerxético para poderen producir e exportar a prezos competitivos. Así mesmo, Carril esixe ao goberno que aposte pola adquisición pública de Alcoa, unha medida viábel perfectamente compatíbel coa normativa estatal e as directrices europeas, xa que non se trata de nacionalización nin de intervención, como ten amosado a Universidade da Coruña no informe encargado pola central sindical nacionalista. Ademais, a adquisición pública tamén daría tempo para manter os postos de traballo mentres non se aprobase o estatuto electrointensivo, salienta o secretario xeral da CIG: Desde o sindicato consideran que as poxas non poden seguir sendo o elemento fundamental En canto ás poxas, desde o sindicato consideran que non poden seguir sendo o elemento fundamental que o goberno dá como solución, porque sen estatuto nin prezo da luz estábel, é evidente que ningunha empresa vai poxar por Alcoa, pois ningún inversor arriscará nunha compra sen saber que prezo vai ter a enerxía que precisa para producir, xa que carecería de garantías de viabilidade económica. Carril sinala atrancos tamén no seo do goberno, xa que o Ministerio de Industria é quen anuncia que farán poxas e estatuto electrointensivo e foi, por exemplo, quen asegurou que Alcoa podería presentarse á poxa, e agora é o Ministerio de Transición Enerxética quen non llo permite. Os comités de empresa de Alcoa, Ferroaltlántica a Celsa Atlantic están a traballar en grandes mobilizacións Os comités de empresa de Alcoa, Ferroaltlántica a Celsa Atlantic están a traballar en grandes mobilizacións que terán lugar a comezos de xuño para presionar por unha solución antes de que se produzan os despidos na planta da Coruña de Alcoa, que temen ademais que faga efecto dominó sobre as outras empresas do sector. |
NOS_32526 | O inicio do período de desescalada espertou aínda máis o interese polo uso de máscaras. Mentres os grandes supermercados anuncian a súa venda no medio dunha guerra de prezos, o Goberno español mantén a súa recomendación fronte á obrigatoriedade que reclaman sectores concretos. Cantos tipos de máscaras hai e para que serven? | "Baixo o meu punto de vista, o uso da máscara debera ser obrigatorio", apunta a Nós Diario María José García, presidenta da Federación Galega de Farmacias. Mais, de momento, a falta dun protocolo único dirixido á poboación que estabeleza quen, cando e como deben empregarse estes elementos de protección, as autoridades sanitarias sinalan o seu uso como "altamente recomendábel", especialmente como medida de protección complementaria naqueles espazos onde a aglomeración de xente impida manter as distancias mínimas de seguridade. "Agora que imos empezar a saír todas, que nos imos xuntar e mesturar, a máscara é unha das medidas de protección máis desexábel", explica María José García, "mais é importante ter claro que función cumpre cada unha, porque varía segundo o tipo de máscara que escollamos". O Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos acaba de actualizar un informe técnico sobre a utilización de máscaras no contexto sanitario actual, dominado pola COVID-19. Nese documento, di, "existen tres tipos de máscaras segundo a súa capacidade para filtrar o aire inspirado e espirado", que marca a súa capacidade para protexer tanto a usuaria da máscara como ao resto da poboación en caso de transmisión aérea. Máscaras cirúrxicas Son máscaras de uso médico, empregadas polo persoal sanitario en quirófano e noutros procedementos co obxectivo de protexer as pacientes da usuaria da máscara. "Facilitan que a persoa que a leva posta non contaxie aos demais, pero non se protexe a si mesma. Son as que adoitan usar nos países asiáticos. Utilízaas todo o mundo, polo tanto a protección é moi alta", sinala García. Para este tipo de máscaras, de triple capa, o Goberno estabeleceu un prezo máximo de venda de 0,96 céntimos de euro. Máscaras filtrantes Dispoñen dun filtro de micropartículas que protexe á usuaria da máscara fronte á inhalación de contaminantes ambientais como axentes patóxenos, químicos ou antibióticos. Non protexen fronte a gases ou vapores, aínda que as hai con filtros específicos para estes casos. Considéranse Equipos de Protección Individual (EPI) e clasifícanse segundo o seu rendemento. As FFP1: teñen unha eficacia de filtración mínima de 78% e unha porcentaxe máxima de fuga cara ao interior de 22%. Non se recomendan para uso médico. As FFP2: teñen unha eficacia de filtración mínima de 92% e unha porcentaxe máxima de fuga cara ao interior de 8%. As FFP3: teñen unha eficacia de filtración mínima de 98% e unha porcentaxe máxima de fuga cara ao interior de 2%. Son as indicadas para as profesionais sanitarias que atenden persoas infectadas por SARS-CoV-2. Non hai que confundir filtro con válvula, un dispositivo de exhalación que facilita a respiración e fai máis cómodo o uso da máscara, malia limitar a protección. "Son máscaras que ademais de evitar que ti contaxies ás demais, protéxente a ti de que outras persoas te infecten se van sen máscaras. E non hai que confundir filtro con válvula, un dispositivo de exhalación que facilita a respiración e fai máis cómodo o uso da máscara, ao reducir o calor e a humidade que se produce dentro", detalla a presidenta da Federación Galega de Farmacias. Segundo o informe técnico emitido polas profesionais do sector, estas máscaras con válvula no deberían utilizarse no caso de pacientes infectados polo novo coronavirus, xa que poderían transmitir o virus a través da válvula, salvo que esta deseñada para evitar esa transmisión cara ao exterior. Máscaras hixiénicas Tamén chamadas de barreira. Están indicadas para persoas sen síntomas que non sexan susceptíbeis de empregar as cirúrxicas nin as filtrantes. O que buscan, no contexto da pandemia actual, é reducir o risco de transmisión do virus desde a boca ou o nariz dunha usuaria sa ou asintomática, como medida de prevención adicional. Á hora de mercar máscaras nos supermercados cómpre atender ben ás especificacións e non se deixar enganar porlos reclamos comerciais. Se ben, non hai datos que permitan estabelecer a súa eficacia para evitar este contaxio, mais ben limitada. "Agora que os supermercados deron o salto á venda de máscaras e iniciaron unha guerra de prezos como reclamo, cómpre atender ben ás especificacións e non se deixar enganar por lemas que xa se poden ler nalgúns anuncios. A 'máxima protección' non está garantida cando falamos de máximas hixiénicas. Non nos deixemos enganar", recalca María Jose García. Neste suposto, lembra, o mercado comeza a ofrecer algunhas marcas reutilizábeis. "Segundo as indicacións dos fabricantes, algunhas poden aguantar varios lavados e cómpre seguir as súas recomendacións ao pé da letra para unha correcta desinfección". Máscaras caseiras As evidencias dispoñíbeis indican que as máscaras de tela protexerían menos que as cirúrxicas e memso poderían aumentar o risco de contaxio debido "á humidade, a difusión de líquidos e a retención de virus", recolle o informe do Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos. Non cumpren a normativa de EPI e non están indicadas para os contornos laborais. No caso do seu uso particular por parte da cidadanía, insiste, "esta medida non debe implicar una relaxación nas medidas básicas de prevención recomendadas, de hixiene, distanciamento social e non tocar a cara". Convén lembrar… Que el uso de calquera máscara non supón unha protección total fronte ao contaxio, ao non protexer os ollos, vía de entrada do virus. Levar unha máscara pode crear una sensación de falsa seguridade. Convén complementar o uso de máscaras co resto medidas preventivas, tanto hixiénicas como de distanciamento social. Non se debe baixar até o pescozo nin cubrir só a boca deixando libre o nariz. Cómpre poñelas e quitalas con coidado. "Hai que colocala tocando só as gomas. Non se debe tocar a parte filtrante nin antes nin despois do seu uso. Unha vez utilizada, a parte exterior é un foco de virus e bacterias. Non se debe baixar até o pescozo, xa que estariamos rozando a máscara co papo; nin cubrir só a boca deixando libre o nariz. Vense moitos casos de mal uso das máscaras", insiste García. A presidenta da Federación Galega de Farmacias considera que deberan ser obrigatorias nos lugares pechados "aínda que se poidan gardar os dous metros de seguridade". "O virus pode permanecer nas partículas de aire até tres horas, podes gardar a distancia pero respirar esas partículas en suspensión", conclúe. |
PRAZA_6004 | A Lei Xeral da FIFA aprobada polo Brasil goberna os dous quilómetros que arrodean todos os estadios do Mundial de Fútbol, onde as manifestacións políticas e as intervencións das marcas que non sexan patrocinadoras da multinacional están limitadas. O proceso de especulación urbanística desencadeado pola Copa da FIFA xerou fortes movementos de resistencia que loitan polo dereito á cidade, nas rúas e nas redes de todas as cidades sede. | Nun recuncho do Conxunto Habitacional Itaquera 1 de São Paulo, un sinal de tráfico desconcerta os viandantes. No alto dun poste, un sinal de prohibido airea dúas palabras: Territorio FIFA. Debaixo, un campo de fútbol de area. O estadio de fútbol Area Corinthians (o Itaquerão) de São Paulo, que non existía até a celebración do Mundial de Fútbol, atópase a menos de dous quilómetros. O sinal de Territorio FIFA está dentro do perímetro no que Lei Xeral da Copa prohibe manifestacións políticas e delimita a acción de marcas que non sexan patrocinadores oficiais da FIFA. "É incrible, neste territorio deixas de ser un cidadán brasileiro e pasas a ser un cidadán fifense, rexido por outras normas, moitas comerciais", asegura Sato do Brasil, unha das persoas da Casa da Lapa responsables pola intervención simbólica do sinal de tráfico. "Os veciños indígnanse co Territorio FIFA e afirman con orgullo que non, que é territorio Brasil. Pero eles saben que os investimentos millonarios do Itaquerão non son para eles. Case nada queda na rexión", asegura Sato. O caso de Itaquera, que comezou a aparecer nos mapas turísticos de São Paulo nos meses previos ao Mundial, é a metáfora perfecta do proceso urbanístico que reina nas cidades brasileiras. E nin sequera é o caso máis visible de resistencia a un modelo urbano baseado nas restricións cidadás e na mercantilización do espazo público. En São Paulo, o Movemento Parque Augusta tenta frear a construción de torres de edificios nunha das poucas áreas verdes do centro da cidade e soñan coa xestión colectiva do devandito espazo. En Río de Janeiro, moitos colectivos loitan contra os desafiuzamentos, contra o plan urbanístico que fixo esvaecer o popular barrio do Maracanã e contra o Porto Maravilha que transformará a orla marítima nun gran parque comercial. En Belo Horizonte, os movementos están a tentar frear o mega proxecto Nova BH e o seu rodete de centros comerciais, rañaceos e parkings. En Recife, o movemento #OcupeEstelita, violentamente desaloxado nos últimos días, é o contrapunto ao proxecto Novo Recife que pretende encher de rañaceos unha rexión histórica da cidade. O Territorio FIFA serve como metáfora da cidade neoliberal. E o Mundial, como escaparate das fendas do sistema. A realización de grandes eventos como o Mundial de fútbol ou as Olimpíadas (planeadas para 2016 en Río de Janeiro) aceleraron este modelo de urbanismo? "A Copa reforzou o modelo de cidade segregada, neoliberal, vixente en Brasil", asegura Danilo Mandioca, do Comité Popular da COPA de São Paulo. Pola súa banda, o escenario global do Mundial visibilizou aínda máis as tensións urbanas do xigante suramericano. As diferentes ocupacións do Movimento dos Trabalhadores Sem Teito (MTST) en São Paulo nas últimas semanas -a chamada Copa do Povo, unha ocupación no barrio rico de Morumbi e nos arredores do Pleno Municipal- escenificaron nos medios estranxeiros o conflito urbano. Pero o Mundial é apenas un punto de chegada dun proceso histórico. "Os grandes eventos poden servir de escusa para a burla das lexislacións. Con todo, a cuestión vén de moi lonxe. A demanda por unha cuestión democrática das cidades remóntase ás últimas tres décadas", asegura a avogada Ivanilda Figueiredo. O sinal de Territorio FIFA está dentro do perímetro no que Lei Xeral da Copa prohibe manifestacións políticas e delimita a acción de marcas que non sexan patrocinadores oficiais da FIFA. O violento desaloxo da ocupación Estelita, na cidade de Recife, sede do Mundial, resume á perfección a situación urbana de Brasil. Durante o partido entre as seleccións de Brasil e México, a Tropa de Choque da Policía Militar (PM) desaloxou á forza e de forma ilegal #OcupeEstelita, un espazo común xestionado por diferentes movementos entre as redes sociais e métodos horizontais. "Ocupe Estelita naceu co obxectivo de esixir un plan urbano democrático e orientado á vida colectiva", asegura Érico Andrade, do colectivo Direitos Urbanos, un dos máis activos da cidade. O obxectivo específico de Ocupe Estelita e Direitos Urbanos é cancelar o proxecto inmobiliário Novo Recife, que consiste, en palabras de Érico Andrade, na "construción de doce torres xigantes, que se desdobran na práctica en quince". Formigón, concreto, asfalto. E edificios de até corenta pistos. Novo Recife non se diferencia moito do proxecto Nova BH de Belo Horizonte, outra cidade sede do Mundial de fútbol. A mesma fórmula: acordo público-privados. E algunhas multinacionais comúns, como Odebrecht, que participa en ambas e financia as campañas de case todos os partidos políticos. "Loitamos contra o poder unilateral dos financiadores que rouban do Estado a función de planear a cidade", matiza Érico. "Con esta lóxica dos acordos público-privados como Nova Luz (São Paulo) e Novo Recife, a operación urbana Nova BH foi investigada por unha serie de sospeitas de irregularidades administrativas. É a maior operación urbana de Brasil e será un golpe á democracia que propón consolidación dos espazos públicos", asegura Natacha Renná, urbanista e investigadora da Universidade Federal de Minas Gerais (UFMG). En Belo Horizonte, onde se rexistraron algunhas das maiores manifestacións populares durante as xornadas de xuño de 2013, a cuestión urbana é central. Movementos como Fica Ficus, Praia da Estação ou Cartografias do Comum loitan pola xestión colectiva do espazo público. A pasada fin de semana, aproveitando o escenario do Mundial, A Ocupação incentivou o acto de rúa Futebol é do Povo. "A cidade neoliberal tamén activa procesos cidadáns como este. Canto máis complicada está a situación, como en Belo Horizonte, máis vitalidade cidadá" Se o Territorio FIFA é a metáfora do modelo de cidade neoliberal, o Mundial de fútbol é a escusa ou o acelerador do proceso? Mariana Ribeiro, participante do Movemento Parque Augusta de São Paulo, asegura que a cidade neoliberal está oficialmente lexitimada polo poder público, que dirixe gran parte dos recursos a estadios e obras ao redor dos eventos. "A Copa desenmascarou o que chamaban progreso, modernización ou revitalización das cidades. Pódese ver que se trata apenas de cidade mercadoría". Felipe Brait, do colectivo Fronte 3 de Fevereiro, destaca algúns puntos ao redor da cuestión urbana e a chegada de grandes eventos: "1. O golpe á dignidade do pobo brasileiro. 2. A terciarización da hexemonía. 3. Leis de excepción. 4. Un retorno ao ideal modernista de que a partir da arquitectura se forma un novo home". A intervención do Coletivo Projetação sobre un sinal do estadio Maracanã de Río de Janeiro resume ben o último país en recibir o Territorio FIFA: "Brasil, estadio de excepción". Se o Territorio FIFA de Itaquera funciona como metáfora do urbanismo de excepción (neoliberal) dos grandes eventos, o Largo de Batata, en São Paulo, podería servir de exemplo da cidade participativa que xorde como resistencia. Desde o pasado mes de xaneiro, calquera cousa pode pasar no Largo da Batata: de karaoke a unha roda de samba, dun taller de facer papaventos á construción colectiva de bancos de madeira, pasando por intervencións artísticas, fútbol ou lectura de poesía. O proceso cidadán A Batata Precisa de Você, totalmente independente das institucións, cambiou a fisonomía dun espazo aberto entre rañaceos, sen árbores nin mobiliario urbano. Hai uns días, mentres uns adolescentes xogaban ao fútbol e un grupo de mulleres vendía libros de segunda man entre bancos e mesas feitos polos propios veciños, a arquitecta Laura Sobral, unha das impulsoras meditaba, sobre procesos de xentrificación e o Mundial. "A cidade neoliberal tamén activa procesos cidadáns como este. Canto máis complicada está a situación, como en Belo Horizonte, máis vitalidade cidadá". |
PRAZA_8374 | O PP galego, co vicepresidente Rueda á cabeza, volve situar as imaxes de Anxo Quintana cun empresario na etapa do goberno bipartito mentres Feijóo insta a non empregar politicamente as súas instantáneas co narco Marcial Dorado | Vinte e cinco de febreiro de 2009. Faltan cinco días para as eleccións autonómicas nas que o PP tentaba regresar ao poder situando a Alberto Núñez Feijóo fronte ao Goberno de coalición de PSdeG e BNG. Ese mércores varios diarios de tendencia conservadora levaban en páxinas destacadas unha fotografía que horas antes fora comentada con insistencia nun faladoiro da canle Intereconomía e dunha das súas webs afíns, LaNación.es. Aquela imaxe amosaba o vicepresidente da Xunta e candidato do BNG, Anxo Quintana, a bordo do barco do empresario Jacinto Rey, propietario da construtora San José. A mesma imaxe, que pasara sen pena nin gloria polas páxinas de El Correo Gallego no verán de 2005, desataba a ira do aspirante do PP á Presidencia, que esixía do daquela presidente, Emilio Pérez Touriño, un golpe de autoridade que implicase o cesamento do nacionalista. Para Feijóo aquelas fotografías amosaban "contactos claros" entre Quintana e Rey e tamén que "non se deben mesturar política e negocios", toda vez que San José viña de ser adxudicataria, a través dunha das súas filiais, de parte dos megavatios asignados no concurso eólico do Goberno galego. Como o aspirante á Presidencia, diferentes cargos do PP empregaban a fotografía como base do argumento de que Rey partira con vantaxe nese reparto industrial. Mentres, os medios que difundían as fotografías aseguraban que as fotografías "corresponden ao verán do 2008", obviando que xa foran publicadas tres anos antes e que, segundo manifestou o propio Quintana, corresponden ao ano 2004. Rueda mantén que as fotos de Quintana foron tomadas cando era vicepresidente da Xunta e asegura que Feijóo non tiña "responsabilidade de Goberno" en 1995 Aquel episodio, acontecido no medio dunha durísima campaña electoral, volveu nestes días á actualidade a conta doutras fotografías e doutro barco: as imaxes de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado a bordo dunha embarcación deste, publicadas polo diario El País e datadas no ano 1995. Mentres o propio presidente da Xunta censura que as instantáneas se tenten "estirar" con fins políticos malia non ser "maís ca iso, unhas fotos", algúns dos altos cargos do Goberno galego e do PP insisten en que non é posible aplicarlle ao seu xefe de filas a mesma rigorosidade que el pedía para Quintana en 2009. Por que? Segundo o vicepresidente Alfonso Rueda, a principal diferenza non é a condición do acompañante. "Non se poden comparar esas fotos" porque foron tomadas cando Quintana "era vicepresidente da Xunta", afirma, deixando novamente a un lado que non se corresponden co ano 2008, como foi publicado na devandita campaña electoral. Tampouco é posible establecer paralelismos porque as "fotos de Feijóo" son "de hai vinte anos", cando el non tiña "responsabilidade de Goberno", asegura, pasando neste caso por riba de que o actual titular da Xunta era daquela secretario xeral da Consellería de Sanidade ou, o que é o mesmo, número dous do departamento sanitario da Xunta. |
QUEPASA_508 | Pódese comprar o álbum completo | Todo marcha perfectamente cara a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC que acollerá o vindeiro 28 de xuño a Casa da Cultura de Olveira. Unha cita que serve para entregar case que 30 premios aos mellores do curso, pero que ademais servirá para intentar rematar os nosos álbums dos cromos da Costa. Por iso animamos a que levedes os tacos de "sipis" e as lista cos cromos que vos faltan, para facer unha batida de intercambio ao remate da Gala, nos pinchos. Así mesmo, levaremos os últimos sobres, así como un novo produto para os que non vos animastes a coleccionar. Álbum completo Na Gala poderemos facervos cun álbum completo por 70€. Se estades interesados nel, tamén podedes contactar con nós en [email protected] e volo enviamos a casa. |
PRAZA_7368 | O custe da luz incrementouse nun 14% nun ano e o do gas natural nun 7%. As ONG alertan das consecuencias dun novo mal provocado polas millonarias cifras de paro: a pobreza enerxética | A chamada enerxía dos pobres, a bombona de gas butano, volve instalarse nos fogares españois. Así o recoñecen o tres principais subministradores deste produto, Repsol, Cepsa e Galp. A outrora popular bombona laranxa sufriu nos pasados anos do dispendio económico un evidente ocaso e descendeu en porcentaxes de dous díxitos, a medida que se expandían as instalacións do gas natural. Coa prolongación da crise o descenso freouse e, en comunidades deprimidas como Castela-León, rexístrase un significativo crecemento na distribución, segundo indicaron fontes de Repsol á prensa desta comunidade. Electricidade e gas natural nos últimos 13 meses acumulan alzas do 14% e 7% respectivamente Esta nova xuventude do butano aséntase en dous fundamentos. O primeiro, o exponencial incremento nos fogares da factura da electricidade e do gas natural, que nos últimos 13 meses acumulan alzas do 14% e 7% respectivamente. En segundo lugar e a pesar de que o prezo do butano tamén subiu ao redor dun 6%, o seu maior poder calorífico en relación co gas natural e, sobre todo, a ausencia das partidas fixas nos recibos, convérteno nun recurso máis barato e, por tanto, máis apreciado nas danadas finanzas familiares. Alza de aninovo En 2011 consumíronse en España uns 80 millóns de bombonas de butano, contando como clientes uns sete millóns de familias Como vén sendo xa unha tradición, a enerxía, ao igual que os prezos e taxas doutros produtos e consumos básicos, volveu subir no arranque de 2013. A Tarifa de Último Recurso (TUR) da luz recibiu as badaladas do ano novo cunha alza do 3%. O día 1 de xullo o recibo eléctrico xa crecera un 3,95% de media. Mentres, o gas natural incrementábase un 2,26% e o prezo da bombona de butano creceu un 5,92%. Na anterior revisión de abril, a tarifa do gas natural incrementouse unha media do 5% e a eléctrica un 7%. En xaneiro de 2012 o recibo da luz permaneceu estable, mentres que o do gas subiu un 0,5%. Este espectacular incremento nos prezos das subministracións enerxéticas afecta a todos os fogares. O gas natural ten 7,2 millóns de clientes, dos que 4,7 millóns están no mercado libre e 2,5 millóns atópanse vinculados á tarifa regulada. Os consumidores de electricidade acollidos á tarifa regulada suman 20 millóns. En 2011 consumíronse en España uns 80 millóns de bombonas de butano, contando como clientes uns sete millóns de familias. Repsol lidera este mercado cunha cota do 75%. Cepsa e Galp reparten o 25% restante. Múltiples usos A diferenza principal entre ambos os tipos de subministración hai que buscala nos custos fixos que leva o gas canalizado fronte ao que se fornece en bombonas Os principais usos domésticos do butano volven ser para cociñar e asegurar a subministración de auga quente. Por riba de calquera outro, no entanto, atópase o abastecemento das estufas para substituír outras formas máis caras de calefacción. O gas natural que se distribúe por canalizacións permanentes nos fogares é máis cómodo e seguro. Con todo, nun momento no que o aforro é a primeira prioridade, a tradicional bombona laranxa ofrece vantaxes. Un estudo do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético afirma que o butano ten maior poder calorífico que o gas natural: 12,7 kWh por cada quilo fronte a 10,8 kWh por m3. Pero a diferenza principal entre ambos os tipos de subministración hai que buscala nos custos fixos que leva o gas canalizado fronte ao que se fornece en bombonas. O consumo de gas natural obriga ao aluguer do contador (16,28 euros ao ano no caso de Gas Natural) e, nalgúns casos, o denominado canon IRC, que se abona polo uso e mantemento da instalación común do edificio cando esta é propiedade da comercializadora (79,72 euros anuais). A todos os apartados anteriores hai que engadir o 21% de IVE, que no caso dos 16,10 euros que custa a bombona xa está incluído, segundo información fornecida por Repsol. Pobreza enerxética O repunte nos fogares españois da bombona de gas butano é un síntoma preocupante de pobreza enerxética que se instalou entre nós coa persistencia da crise económica O repunte nos fogares españois da bombona de gas butano é un síntoma preocupante de pobreza enerxética que se instalou entre nós coa persistencia da crise económica. Outros síntomas asociados son o establecemento en moitas casas dunha única ducha semanal, a redución das horas de calefacción ou eliminar puntos de luz. A ONG alertan sobre esta nova cara da pobreza que, segundo un estudo da Asociación de Ciencias Ambientais, afectou en 2012 a un de cada tres fogares cuxos membros están en paro. A Cruz Vermella sinala que o 43% da poboación que recibe os seus servizos asistenciais ten dificultades para pagar as súas facturas de enerxía, polo que, ademais de repartir alimentos, a organización tomou a decisión de distribuír estufas de baixo consumo durante este inverno. Ademais de repartir alimentos, a Cruz Vermella tomou a decisión de distribuír estufas de baixo consumo durante este inverno O estudo da Asociación de Ciencias Ambientais calcula que entre 2.300 e 9.300 mortes prematuras ao ano en España poden deberse á pobreza enerxética. Estes datos de vítimas mortais sitúanse por riba dos accidentes de tráfico. |
NOS_5584 | Criticado no seu momento por destruír as vistas ao mar do campo de fútbol, co tempo o Pazo dos Deportes de Riazor erixiuse nun recinto mítico para o deporte -e a cultura- da Galiza, acumulando xa unha traxectoria de 50 anos que hoxe se percorre nunha peculiar exposición exterior adaptada ás circunstancias actuais. | A arquitectura, como todo nesta vida, está suxeita á crítica. Compostela aínda estraña a vella praza da Galiza, co seu edificio Castromil, derrubado para facer... nada. Ou Vigo o magnífico Edificio Rubira, que estaba na confluencia de Colón con García Barbón, reducido a pó polo hoxe coñecido como banco BBVA para erixir unha edificación plana, fría e sen alma. A Coruña, como non podía ser menos, tamén padeceu varias desfeitas similares nos anos 60 e 70, época dourada do barbarismo arquitectónico. Unha delas foi a desaparición do coñecido como "Pórtico de Olimpia" -o principal sinal de identidade do Estadio de Riazor na súa versión orixinal, conformado por unha longa columnata con arcadas a modo de fachada que enfrontaba o campo de fútbol coa praia homónima-, que deixou o seu lugar ao Pazo dos Deportes en 1970. Non obstante, e a diferenza dos casos anteriormente citados, onde existe un consenso na crítica entre o gran público e as expertas en arquitectura, aquí estas últimas louvan o Pazo dos Deportes como un dos mellores edificios no seu xénero, destacando o uso do formigón e os seus característicos arcos parabólicos por parte do responsábel do proxecto, o arquitecto coruñés Santiago Rey Pedreira. Medio século de deporte, cultura... e moito máis Transcorridos nove anos desde a elaboración do anteproxecto inicial, en 1961, e dous desde o inicio da fase construtiva, en 1968, o 1 de agosto de 1970 quedaba inaugurado un recinto que cambiou para sempre a fisionomía da contorna, pero que tamén serviu para impulsar na Coruña modalidades como o hóckey e o baloncesto ou para acoller eventos deportivos de primeira orde, como campionatos do mundo e de Europa das máis diversas disciplinas. Todo iso e moito máis está recollido na peculiar exposición que aínda se pode visitar no seu interior. Ou quizais sería máis preciso dicir exterior, pois a Concellaría de Deportes da cidade herculina configurou unha mostra adaptada aos peculiares tempos nos que vivimos, trazando un percorrido visual polos acontecementos máis importantes que tiveron lugar no Pazo dos Deportes de Riazor en forma de paneis fotográficos expostos na fachada do edificio e de recordos que poden ser contemplados a través dos vidros do recinto, sen necesidade polo tanto de pór un só pé no seu interior. Concibida de forma cronolóxica, as persoas que decidan achegarse até a contorna deste Pazo dos Deportes poderán descubrir, a través das instantáneas tomadas por lendarios fotógrafos coruñeses como Alberto Martí ou Xosé Castro 'Pepucho', como, curiosamente, o primeiro evento que alí se desenvolveu non foi un partido de hóckey ou de baloncesto, senón un sorteo da Lotaría Nacional. Non obstante, e como non podía ser doutro modo, o deporte é o gran protagonista, botando luz sobre pioneiras esquecidas, como as xogadoras do Medina e do Tabacos, históricos equipos de baloncesto feminino dos anos 60 e 70 xa desaparecidos, ou sobre fazañas únicas como o récord dos 300 metros que alí bateu o atleta do Dépor Isidoro Hornillos ou o título mundial de kickboxing conquistado polo irrepetíbel Manolo Planas. Porque, sen dúbida ningunha, 50 anos dan para moito. |
NOS_14961 | A través da súa conta oficial nesta rede social o PP falsea a realidade e bate contra BNG e Anova polo acontecido en Beade. | O PPdeG aproveitou o acontecido esta madrugada no concello de Beade para bater, máis unha vez, contra BNG e Anova. @s populares acusaron a través da rede social Twitter a ambas as dúas formacións de "xustificar" as "accións de Resistencia Galega". Asemade, critican que Anova e Bloque "eviten condenar" a explosión producida na casa consistorial e que continúa sen ser reivindicada por ningún grupo. Porén, o certo é que o portavoz nacional do BNG rexeitou esta segunda feira calquera tipo de violencia e o uso desta "con calquera finalidade" pois, dixo, "non resolve os problemas". Pola súa parte, desde AGE manifestaron nun comunicado o seu rexeitamento "a todo tipo de violencia" e cualifica a explosión ""dun acto que ataca á cidadanía, ao conxunto de vecinos e veciñas de Beade". Tamén o PSdeG transmitiu a súa "condena con total contundencia" a este tipo de actos e reivindicou a través do seu secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, "o papel da política como instrumento". Asemade, CxG tamén condenou a explosión. |
NOS_24542 | Máis un ano, centos de persoas xuntaron as súas mans para formar unha cadea humana en Compostela na que reclamar a liberdade dos presos independentistas. | Coa nova da absolución polo Tribunal Supremo do preso independentista Heitor Naia quentiña do forno, esta edición da cadea humana convocada por Ceivar decorreu sob un ambiente no que era palpábel a satisfacción pola decisión xudicial. Por volta de 350 persoas se concentraron nas vésperas do 25 de Xullo na Praza de Galiza de Santiago de Compostela para tomar parte no tradicional acto solidario para cos presos e presas independentistas galegas que se leva convocando desde hai oito anos. Após unha concentración nesa céntrica praza que é paso entre a Zona Vella e Ensanche -e perante un forte despregamento policial- as persoas participantes colléronse das mans para percorrer varias vías e rúas da capital de Galiza cunha mensaxe de apoio e solidariedade para cos presos. A fin da dispersión e as medidas de excepción, o translado dos presos a Galiza, a fin dos 'operativos policiais e xudiciais contra o independentismo ou o recoñecimento do carácter político das persoas presas foron algunhas das reivindicacións que estiveron presentes nesta mobilización, que este ano cumpría a súa oitava edición. En todo o momento, o acto decorreu entre un asfixiante despregamento policial de ducias de anti-disturbios. "Liberdade patriotas galegas", "Que volten a casa!" ou "Aquí hai tortura, como na ditadura" foron algunhas das palabras de orde ao longo da mobilización, que percorreu varias rúas e prazas da zona vella.. |
NOS_29049 | A eurodeputada Ana Miranda afirma que o goberno galego incumpre a normativa comunitaria que promove o pluralismo nos medios de comunicación. | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denuncia nunha pregunta escrita dirixida á Comisión Europea os "graves problemas de manipulación" que se producen na televisión e na radio públicas galegas. Para Miranda é necesario que a Comisión tome medidas e faga cumprir a súa propia normativa na defensa do dereito á información e á pluralidade nos Estados Membros. "Son escandalosos os casos de manipulación e falseamento das informacións que sinala o Comité Intercentros da CRTVG na denuncia presentada recentemente na Comisión de Peticións", subliña a eurodeputada galega. Na iniciativa presentada polo BNG, Miranda afirma que o Goberno galego incumpre a Directiva 2010/13/UE de "Servizos de Comunicación SocialAudiovisual", que declara que é esencial que os estados membros eviten feitos que poidan restrinxir o pluralismo e a liberdade de información. Ademais, sinala a eurodeputada nacionalista, tanto o Goberno galego como o director xeral da CRTVG conculcan a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, que declara que toda persoa ten dereito à liberdade de expresión, que inclúe a liberdade de opinión e a liberdade de recibir ou comunicar informacións ou ideas sen a interferencia de autoridades públicas. Miranda tamén se referiu á loita que mantén o persoal da CRTVG contra a censura e manipulación, concretadas nos #venresnegros, e indicou que o vindeiro 8 de setembro hai unha manifestación. A eurodeputada nacionalista lembra que os representantes do Comité da CRTVG xa estiveron en Bruxelas manifestando os problemas na televisión e radio públicas o pasado 24 de maio, a través da súa participación na xornada organizada polo BNG no Parlamento Europeo sobre liberdade de expresión. |
NOS_41513 | O conxunto vigués perdeu en casa ante o Almería (0-1) e o coruñés a domicilio fronte ao Villarreal (3-0). En Segunda, o Lugo marcou seis tantos en Soria, pero só empatou. | As vacacións competitivas de Dépor e Celta non serán especialmente felices. Están en crise os dous representantes galegos na máxima categoría do fútbol estatal masculina e ambos sumaron unha nova derrota nesta xornada, a última de 2014. O venres, en Balaídos, o Celta profundou no seu devalo e volveu ser incapaz de anotar ante o Almería, que venceu 0-1 após un gol na primeira metade de Hemed, que aproveitou un erro monumental en defensa de Fontás. Despois, un Celta que supera os 500 minutos sen marcar foi incapaz de sumar algún punto e mesmo Nolito -que semella gafado desde que foi convocado pola selección española- fallou un penalti que puido ser o empate. Pola súa parte, este domingo pola mañá o Dépor sumou unha nova derrota que o mantén no fondo da táboa, con serio perigo de perder a categoría, o que suma moitas dúbidas sobre a continuidade de Víctor Fernández como técnico, problema este ao que se lle une a fonda división entre a bancada, sobre todo no que respecta á directiva de Tino Fernández. Caeu 3-0 o Dépor en Vila-Real, onde puido recibir máis tantos se non fose polo bo traballo do meta Fabricio. Vietto (2) e Johnatan dos Santos foron os goleadores dos levantinos ante un conxunto coruñés que apenas tivo algún bo momento de xogo pero que volveu presentar unha aliñación discutida, coa presenza de xogadores criticados como Lopo, namentres Insua ou Wilk esperaban como suplentes. Por último, en Segunda o Lugo asinou un rexistro histórico de goles nun encontro nas dúas principais categorías pero agridoce xa que empatou a seis tantos no campo do Numancia en Soria, onde vencía 3-6 a falta de dez minutos para o remate. |
PRAZA_16317 | O padre non pensa na vítima, nin nos motivos polos que é vitimizada. Tampouco reflexiona por que hai homes que fan iso, nin en que el pertence ao mesmo colectivo masculino que despreza as mulleres, que maltratan e someten ás mulleres de seu, ou ás inferiores que traballan para el. | Velaí está a reacción patriarcal actuando nos media; velaí os padres na palestra, entrevistados, reclamando a súa honra, o seu poder patriarcal ; velaí os padres, visibles no sistema público, aínda que ninguén saiba o seu comportamento no privado, reivindicando castigo para brutos asasinos que violan e matan a súa filla. O padre non pensa na vítima, nin nos motivos polos que é vitimizada. Tampouco reflexiona por que hai homes que fan iso, nin en que el pertence ao mesmo colectivo masculino que despreza as mulleres, que maltratan e someten ás mulleres de seu, ou ás inferiores que traballan para el Están autorizados polo sistema, que lles dá o dominio sobre os seus, para convocar outros padres, ao xenérico masculino, para unha vinganza, un castigo superior contra os que ousan substituír o seu poder. Póñense diante das cámaras para que vexan a dor dun padre: a honra. O que non teñen as mulleres.(Nas mulleres ten outro significado) Sen bágoas, claro está. Isto sería propio das nais, que falarían da pobre filla, da súa dor, que sente como propia, do terror, do seu corpo utilizado e desleixado, e o desgarro dóelle no propio corpo, oculto e podrecendo nunha charca inmunda ou nun monte calquera, para ser pasto de animais rastreiros, despois de ser atacada polo azor. O padre non pensa na vítima, nin nos motivos polos que é vitimizada. Tampouco reflexiona por que hai homes que fan iso, nin en que el pertence ao mesmo colectivo masculino que despreza as mulleres, que maltratan e someten ás mulleres de seu, ou ás inferiores que traballan para el. Tamén sabe que moitas mulleres son asasinadas na casa polos padres. Moitas delas tamén violadas polos padres, que se non o fan coa propia, fano nos locais de prostitución onde pagan por empregar a violencia sexual, a vexación até límites insólitos, a facer da vítima un obxecto noxento, como fixo o acusado coa súa filla. Non a mata porque está para iso, e non o vai denunciar. Non fala de feminismo o padre. Pouco ou nada debe saber desa teoría de liberación, promovida por mulleres desde hai séculos. Cando as mulleres saen ao público e se manifestan, reclaman xustiza, liberdade, igualdade, unhas relacións cos homes humanas. O feminismo é un movemento pacífico. Non busca vinganza. Saben que non son os anos de cadea o que vai retraer a un violador ou un asasino dos seus actos violentos e crueis. Saben que cómpre cambiar a mirada, a consideración, a conciencia. O Estado, porque ten o poder, non debe utilizalo. O Estado, que representa a toda a cidadanía nunca debe ser vingativo. Ha ser magnánimo e buscar a reinserción Os padres queren que os asasinos das fillas no eido público sexan castigados máis anos. Algúns pedirían a pena de morte, a lei de Talión, de poder, pero reclaman a reclusión permanente. Algo que, xa sabemos, non serve para evitar os delitos, e ten carácter antipolítico nunha democracia. Os padres queren tomar a lei da súa man, castigar ao máximo. Non din nada da violencia privada, que está lexitimada. Non. Queren vinganza para o que lles afecta a eles. O Estado, porque ten o poder, non debe utilizalo. O Estado, que representa a toda a cidadanía nunca debe ser vingativo. Ha ser magnánimo e buscar a reinserción. Sería moi triste que os patriarcas elixiran un bo momento. |
NOS_55581 | Desde o sábado e até a terza feira. | Na Galiza había esta terza feira, 17 de marzo, máis expedientes de regulación temporal de emprego presentados (386) que casos rexistrados de coronavirus (305). Son miles os traballadores e traballadoras afectadas polos ERTEs. Case 400 empresas, desde o sábado, día da declaración do estado de alarma, solicitaron ante a administración o inicio destes expedientes. En concreto, foron 386. A cifra supera a que manexaban algúns sindicatos, como Comisións Obreiras, que esta terza feira cifraba provisionalmente en "máis de 120" as empresas que solicitaran iniciar este tipo de expedientes de regulación de emprego na Galiza. Xa a nivel de Estado español, UGT falaba de até un millón de persoas asalariadas que na primeira semana poderían verse afectadas por estas medidas. Desde a CIG criticaron "a fórmula de fomentar os ERTEs coas modificacións introducidas, baseándose no articulado dunhas reformas laborais, xa de por si lesivas, e actualizar os elementos máis perversos destas reformas a través desta vía, parécenos inaceptábel e irresponsábel", e advirte que "non se van impedir así os despedimentos que xa se están producindo, por moito que se presenten os ERTEs ou reducións de xornada como fórmula para evitalos". A crise sanitaria do coronavirus ten unha vertente económica cuxo impacto esá aínda por medir. Entre as empresas galegas que activaron un ERTE está Adolfo Domínguez. A firma galega de moda vén de anunciar o feche das súas tendas físicas no territorio español e a activación dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para as 728 traballadoras dos seus puntos de venda físicos. |
NOS_18050 | O Círculo de Empresarios sinala a necesidade de conectar por tren o porto de Vigo e Feixoo pide na Coruña o mesmo para o de Punta Langosteira. | O tráfico dos portos galegos de interese xeral supuxo o ano pasado o 5,51 % do total dos Portos do Estado, fronte a 7% de hai unha década. Esta perda de peso foi progresiva e evidencia a necesidade dun maior esforzo investidor para garantir a competitividade e futuro destes cincoportos galegos (A Coruña, Ferrol-San Cibrao, Marín-Ría de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa). Así o indican desde o Círculo de Empresarios da Galiza nun informe no que evidencia tamén que mentres que o sistema portuario galego de interese xeral rexistrou entre 2010 e 2019 un aumento do tráfico de 10,04 %, a media dos Portos do Estado triplica esa porcentaxe. Os cinco portos galegos pecharon 2020 cun tráfico total de 28.431.411 toneladas. Segundo o organismo empresarial, os datos do ano pasado "poden estar a indicar xa algunhas das carencias que explicarían a perda de peso no cómputo español, así como as limitacións ao crecemento que poden estar a padecer algúns dos nosos portos". Con todo, sinalan que, a pesar das cifras negativas, a creación dos portos exteriores da Coruña e Ferrol "permiten albergar esperanzas sobre o seu potencial de crecemento, que deberá ir acompañado de adecuadas políticas de promoción". Porén, non sucede o mesmo cos portos do sur da Galiza que, alertan, "poderían verse constrinxidos, a medio e longo prazo, pola limitación dos seus espazos e pola carencia de infraestruturas ferroviarias". Conexións ferroviarias Neste senso, no caso de Vigo, lembran que o plan estratéxico do porto contemplaba a conexión entre Bouzas e o saída sur, sobre a que se posicionou no seu día o propio Círculo de Empresarios de Galiza e que, segundo apuntan, daría resposta ás necesidades da industria do sur da Galiza e, xunto co incremento das liñas de atracada, garantiría a competitividade e mantemento da actividade dun dos principais pulmóns económicos do país. A conexión ferroviaria tamén é demandada no porto exterior da Coruña. Onte, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, mantivo un encontro co seu presidente no que volveu esixir ao Estado español a licitación "antes de xuño" do tren a Langosteira, así como a condonación da débeda, dous aspectos que considerou "urxentes". |
NOS_7054 | Activista da Oficina de dereitos sociais de Coia, Vigo, Lores enfróntase a unha petición de 3 anos e medio de prisión polos protestos de hai dous anos na 'Rotonda de Alfageme' de Vigo. Naquel conflito, sostén, evidenciáronse dous modelos de cidade diferentes. "Moita xente tomou conciencia de poñer en cuestión un modelo de cidade, un modelo de vida, que nos condena a ser superviventes". | O activista de ODS Coia enfróntrase o 17 de xaneiro a un xuízo no que se piden para el 3 anos e medio de prisión e unha responsabilidade civil de máis de 30.000 euros. A fiscalía rexeitou por dúas veces facer parte do proceso contra este activista, mais mantense a acusación particular. Acúsano dunha suposta agresión a un axente no marco das protestas e mobilizacións que decorreron hai dous anos en Vigo contra a instalación na rotonda dun barco. Un desbaldimento de cartos, denunciaban os opositores ao proxecto, a prol dun modelo de cidade 'artificial'. Un manifesto reúne estes días sinaturas ao longo de todo o Estado en solidariedade con Diego Lores. - O manifestou impulsado pola asemblea aberta de Coia recabou un bo feixe de sinaturas en solidariedade contigo ás portas do xuízo que tes o 17 de xaneiro. Sinaturas de diferentes sectores e de diferentes partes do Estado e nas que hai nomes de persoas moi coñecidas. Sorprendido por un apoio tan amplo? - Sorprendido e moi agradecido, a verdade. Basicamente, o que se pon de manifesto é que hai moita xente traballando e implicada en moitos sitios en tentar crear modelos de vida alternativos ao modelo capitalista. Embora non partillar espazos, hai xente que recoñece na loita de Coia unha loita que tamén é deles, e que tamén se dá noutros lugares do Estado. Estes apoios o que reflicenten é que moita xente entendeu que o que aconteceu en Coia acontece tamén noutras partes, en loitas que hai noutras cidades. - A fiscalía rexeitou por dúas veces facer parte do proceso contra ti. Mais este continúa adiante coa acusación particilar do policía. Por que cres que segue adiante este axente? - Dous fiscais dixeron que non atopaban probas para que o xuízo fose adiante e solicitaron o sobresemento. Mais mantense a acusación particular, que non a paga el [o axente que acusa], non lle ten custo, senón que a paga a Policía Local ou o Concello de Vigo. Non sei por que o fai, por que se mantén nunha postura que xa dous fiscais dixeron que non se sostiña... - Consideras que con estes xuízos estase a procurar unha criminalización do protestos? - Aí vemos casos como o de xuízos a activistas contra os despexos, ou o de Emilio Cao [mozo do Carballiño para o que piden 5 anos de cárcere polas marchas da liberdade], entre outros. Co meu caso e o de Xurxo [outro veciño de Coia xulgado polas mobilizacións no barrio] meteron medo na xente, veciños que se amedentraron nun primeiro momento. Durante moitos anos, a parroquia do Cristo da Vitoria protagonizou en Coia mobilizacións e protestos de todo tipo, mesmo con cortes de tráfico, e non pasaba nada. Agora acábase nos xulgados. As multas, os xuízos, meten medo á xente, mais creo que, pasado todo este tempo, podemos dicir que gañamos. O barco está na rotonda si, mais durante todo aquel tempo fomos quen de xerar preguntas sobre que modelo de cidade queriamos, sobre onde se invisten os nosos cartos, de como desobedecer con argumentos e sen violencia proxectos 'faraónicos' como aquel... - Na loita da rotonda de Coia argumentabades que se contrapoñían dous modelos de cidade diferentes, mesmo antagónicos... - Opuñámonos a ese modelo de cidade que consideramos que se fai de costas á xente e pensando só nunha minoría. Ese modelo que fai que a día de hoxe a metade dos orzamentos de políticas sociais de Vigo estea xestionado por Clece, unha empresa privada, que é de Florentino Pérez. E isto pasa nun concello que 'se chulea' de gasto social. Estamos nunha cidade na que unha minoría atesoura cada vez máis poder, un Vigo onde se fan grandes infraestruturas que non sabemos moi ben a quen serven... Un gran decorado de cartón pedra que oculta a realidade dos despexos, da xente que sofre por saír adiante no día a día, das dificultades... Na rotonda deuse esa tensión entre os dous vigos, por dicilo así. Para ODS Coia foi bonito ver como a xente se sumaba a esa loita, reclamando outro modelo de Vigo, unha cidade diferente... - Mais viñeron as eleccións municipais e Abel Caballero gañou con moita contundencia... Gañou, en Vigo e tamén aquí, no barrio. Abel Caballero está xogando moi forte e está xogando ben (ri) polo que se ve nos resultados. Non deixa espazo ao resto. Cando foi do conflito da rotonda a verdade é que o tratamento informativo foi, por dicilo así, unilateral a favor do Concello nos medios máis importantes da cidade, como o Faro ou a Ser. Que Caballero tivese tanto apoio nas eleccións é frustrante, certo, porque é unha persoa que aposta nun modelo de goberno moi 'chulesco', bravucón. Porén, isto non quer dicir que non haxa resistencias, máis febles do que gostariamos, mais hainas. E continuamos a facer política desde abaixo, fóra da órbita dos partidos, política de barrio, da xente, dos movementos sociais... - Destaca en Vigo o movemento en torno aos dereitos sociais, moi activo, e con axentes que van desde Os Ninguéns até o ODS Coia. Hai colectivos que levan décadas traballando, como o que fai Cristo da Vitoria. E durante estes anos houbo colectivos que estaban implicados e traballando en torno aos dereitos sociais desde diferentes perspectivas. Coa crise, deuse unha realidade na que moita xente foi expulsada do proxecto colectivo de vida. E iso pode que fixese que nestes anos aumentase a actividade en torno aos dereitos sociais, a conciencia de poñer en cuestión un modelo de cidade, un modelo de vida que nos condea a ser superviventes. |
PRAZA_18261 | A parroquia do Cristo da Vitoria acolle este martes unha xuntanza para organizar a oposición social ao excesivo gasto na decoración e luces de nadal en Vigo, que este ano terá un custo de preto dun millón de euros. Denuncian que, mentres, os servizos sociais da cidade viven unha situación de colapso e recortes. | O pasado 12 de setembro, aínda en pleno verán, comezou en Vigo a instalación do alumeado de nadal, que se acenderá o vindeiro 24 de novembro. O alcalde vigués, Abel Caballero, anunciou que a decoración sería "o non vai máis", nunha rolda de prensa que se acabou convertendo nun vídeo viral, visto en toda España. "Que saiban os alcaldes de Londres, Tokio, Nova York, París e Berlín que imos ser o non vai máis. Que se preparen. As alcaldesas de Madrid e Barcelona xa nin poden competir, é natural". O custo total roldará o millón de euros, unha cifra que triplica á da Coruña e multiplica por dez ou vinte as cantidades investidas polo resto das cidades galegas. O contrato asinado polo Concello de Vigo este ano, cun custo total de 4,5 millóns de euros, compromete á cidade para os vindeiros catro anos. "Chamamos a todas aquelas indignadas a organizarse para argallar algo que dende abaixo dea resposta á dilapidación en luces de nadal dos cartos de todas" Este martes a parroquia do Cristo da Victoria de Coia acolle ás 19 horas unha xuntanza titulada "Alumeado de nadal, crime social e ambiental", na que entidades sociais e persoas individuais debaterán esta problemática, situándoa en contraposición coa difícil situación económica que atravesan moitos veciños e veciñas da cidade e as dificultades e eivas que atravesan os servizos sociais municipais, e considerando polo tanto que o Concello está a desbaldir os cartos públicos. "O goberno municipal destina a este nadal anticipado aínda máis cartos. Euros que non hai para cubrir necesidades básicas de veciñas, un exemplo o temos nuns servizos sociais municipais colapsados, recortados e privatizados¨, destácase na convocatoria, que engade que "non pode ser que Vigo vaia estar chea de millóns de luces, mentres moitas vivamos sen teren cubertos uns mínimos para a vida", incidindo ademais no prexuízo medioambiental provocado por este gasto superfluo de enerxía. "Chamamos a todas aquelas persoas a xuntarnos para organizar as resistencias fronte a estas malas políticas que nos afogan. Neste caso chamamos a todas aquelas indignadas a organizarse para argallar algo que dende abaixo dea resposta á dilapidación en luces de nadal dos cartos de todas", subliña a convocatoria, que incide nas mesmas críticas que xa realizaba o pasado ano o manifesto "Luces (de Nadal) e sombras (de miseria)": "Cansa padecer un goberno que destina tantos recursos en agochar a miserenta realidade na que malviven moitas veciñas. Alporiza celebración da irresponsabilidade que supón o consumo enerxético irresponsable de milleiros de LEDs". E, igualmente, o vídeo "Luz e calor para todas", publicado en 2015 por Galiza Contrainfo, denunciando a pobreza enerxética que convivía co gasto -daquela- de 400.000 euros en iluminación. "Contraponse a pomposidade do alumeado e outro tipo de políticas de formigón cos problemas que teñen moitas veciñas" "Queremos xuntarnos, ver que forzas temos e que ideas temos", destaca Diego Lores (ODS-Coia). "Preocúpanos que moita xente tome a broma este tema e merque o discurso de que como Caballero ten maioría absoluta, sobre a cidade decide só unha persoa", comenta. "Contraponse a pomposidade do alumeado e outro tipo de políticas de formigón cos problemas que teñen moitas veciñas. Pode que o alumeado de nadal ou a instalación do barco na rotonda de Coia, anos atrás, sexan os exemplos máis claros, por simbólicos, pero hai moitos outros temas", destaca. "Hai que camiñar cara a un modelo de cidade no que as necesidades da xente estean no centro", conclúe. |
NOS_13535 | Sen debate en comisión e sen a posibilidade de se presentaren emendas parciais por parte da oposición. O Partido Popular emprega o procedemento de leitura única para aprobar unha reforma que deixará o pequeno comercio "ás portas do abismo" segundo os grupos da oposición. | Manter "o equilibrio do sector" e garantir a "seguridade xurídica" para o pequeno comercio. Así defendeu o Partido Popular a aprobación do proxecto de lei de reforma dos horarios comerciais na sesión plenaria desvenvolvida esta terza feira. Os grupos da oposición exixiron a devolución do texto por non contar "co apoio do pequeno comercio" e servir de "instrumento aos intereses da OMC, o FMI e a OCDE" amais dos "de Madrid", como indicaba a deputada popular Romero Fernández na súa quenda de intervención ao asegurar que a reforma viña recomendada polas devanditas institucións. Unha cuestión que foi retrucada en diversas ocasións por BNG, AGE e PSdeG denunciando a política de "ordeno e mando" que está a seguir o Partido Popular co procedemento de leitura única. Prado (BNG): "A vostedes pódeselles aplicar o concepto Manquiña, igual que te digo una cosa te digo la contraria" A proposta da Xunta de Galiza recolle entre outras cuestións a liberdade de apertura para os comercios sen reparar nas peculiaridades dos pequenos e medianos estabelecementos fronte ás grandes áreas comerciais. "Recapaciten, o Goberno non sempre ten razón", aseveraba o deputado socialista na súa quenda de intervención ao tempo que rexeitaba a proposta por se opoñeren a ela "sindicatos e comerciantes". A nacionalista Montse Prado, lembrou na súa interpelación ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que pouco tempo atrás o seu Goberno rexeitara a modificación da lei asegurando que esta "invadía competencias exclusivas" de Galiza e que aínda era útil a aprobada en 2006. A tramitación da reforma a través do procedemento de leitura única foi aprobada cos votos favorábeis do PP e coa oposición de BNG, AGE e PSdeG "Isto nos dicían hai catro días", acrecentou a deputada do BNG ao tempo que ironizou "podemos aplicarlles o concepto Manquiña, igual que te digo una cosa te digo la contraria" parafraseando as verbas do actor no emblemático filme Airbag. "Este debate roza o patetismo" denunciaba o deputado de AGE, Antón Sánchez, "queren reformar unha lei que ninguén pediu modificar" e fano, criticou "pola vía rápida" malia a que no seu programa electoral @s populares non a contemplaban, "non debe ser pois tan urxente", asegurou o socialista Gallego. |
NOS_3665 | A Comisión de Economía do Parlamento galego deu luz verde esta sexta feira, por unanimidade, a unha PNL (proposición non de lei) defendida por Noa Presas (BNG). | O Parlamento insta o goberno do Estado a que reduza ao 4 por cento o IVE que pesa sobre os produtos de hixiene íntima [actualmente o gravame é de 10 por cento], ben como tamén recolle o compromiso da Xunta para promover información sobre alternativas, cun menor custo e maior duración, como a copa menstrual. O goberno galego terá que realizar un informe sobre o grao de cumprimento desta PNL. Noa Presas argumentou que é "ilóxico" que "produtos para a hixiene íntima como as compresas ou os tampóns teñan un prezo tan elevado e cun mesmo IVE que por exemplo, un ramo de rosas", dixo. Explicou Presas que a menstruación é un proceso fisiolóxico que acompaña a metade da poboación do mundo, unha media de tres décadas ao longo dunha vida, e que, sendo así, "nunha sociedade avanzada, ter produtos para facer máis cómoda esa fase vital debería ser unha cuestión de primeira necesidade". A parlamentar manexa estimacións segundo as cais "cada muller gasta na súa vida 8.000 euros nestes produtos". Unha nova discriminación negativa que soportan as mulleres, xa abondo castigadas pola fenda salarial -4.745 euros menos ao ano do que os homes polo mesmo traballo-, ben como tamén pola maior temporalidade e precariedade laboral. |
NOS_10917 | "Estamos ante unha escalada de ataques que van desde a suspensión cautelar de dereitos e liberdades á derrogación de liberdades e dereitos fundamentais. Unha deriva desde un Estado de excepción a un Estado autoritario", denuncia Antón Sáchez. | En Marea denunciou esta sexta feira os recortes e ataques na liberdade de expresión que se están a repetir "cada vez con maior frecuencia". Unha denuncia que fixo esta sexta feira, 23 de febrero [37 anos despois do golpe de estado do 23F] o viceportavoz parlamentar de En Marea, Antón Sánchez, acompañado de Emilio Cao, o mozo de 22 anos para o que piden 5 anos de prisión e multa de 6.000 euros por supostos incidentes durante a concentración en Madrid das Marchas da Dignidade, en 2014. "Estamos ante unha escalada de ataques que van desde a suspensión cautelar de dereitos e liberdades á derrogación de liberdades e dereitos fundamentais. Unha deriva desde un Estado de excepción a un Estado autoritario" denunciou Sánchez. "Se esta cámara parlamentaria aínda desexa representar democraticamente a cidadanía de Galiza, ten que poñerse ao servizo da liberdade de expresión" Desde En Marea lamentan que se estea a empregar a Lei Mordaza "para penalizar xudicialmente toda manifestación de protesta, con penas de cárcere que buscan amedrentar á cidadanía rebelde, como Emilio Cao, que simplemente reclaman pan, teito e traballo". Sánchez lembrou exemplos desta involución como a tipificación como delito de odio de calquera tipo de crítica "contra os poderosos ou que representan ao Estado", ou as "cruzadas inquisitoriais contra o humor irreverente con ameazas veladas e non tan veladas contra alcaldes como Martiño Noriega". O grupo de En Marea presentará ao resto de grupos do Parlamento unha proposta de Declaración Institucional. Nesta proposta pídese compromiso activo coa defensa da liberdade de expresión e na denuncia de toda actuación "que entorpeza, limite ou impida a libre expresión de opinións ou crenzas". Tamén, que o Parlamento se dirixa ao Goberno do Estado para esixir o cese das actuacións represivas que limitan o exercicio de dereitos e liberdades fundamentais. "Se esta cámara parlamentaria aínda desexa representar democraticamente as cidadás e cidadáns de Galiza, ten que poñerse ao servizo da liberdade de expresión, cerna de toda democracia" concluíu Antón Sánchez. |
PRAZA_4644 | Na Convención Electoral Nacional da formación galeguista, celebrada este sábado, a proposta gañadora obtivo o 69% dos votos, mentres que a outra opción, que apostaba por concorrer en solitario, recolleu o 29% dos apoios | Compromiso por Galicia celebrou este sábado en Padrón a súa Convención Electoral Nacional, que debía debater e votar, entre outras cuestións, a fórmula baixo a que a formación galeguista participaría nas vindeiras eleccións europeas de maio. O 69% dos afiliados e afiliadas apostaron pola opción de participar nos comicios na coalición impulsada polo Partido Nacionalista Vasco, na que se insiren formacións nacionalistas e rexionalistas de distintos territorios do Estado. Mentres, un 29% dos votos apoiaron a outra opción presentada, que apostaba por concorrer en solitario. De igual xeito, a organización galeguista debateu os criterios e bases programáticas que foron aprobadas polo 93% dos votos. No acto de clausura, o secretario xeral da organización galeguista, Xoán Bascuas, dixo sentirse "profundamente orgulloso" do "exercicio de democracia e de respecto que deu o conxunto de afiliación", incidindo en que as diversas propostas sometidas a consideración "foron debatidas con argumentos". De igual modo, Bascuas, insistiu en que agora "a proposta é de todos e todas" e está seguro de que o traballo que se desenvolverá en campaña será "inxente", na aposta por unha Europa máis democrática e social e na aposta por colocar "a voz de Galicia en Europa". Os e as militantes que defenderon a opción de presentarse nunha "coalición técnica" co PNV, como Xosé Manuel Pérez Bouza, Gonzalo Constenla ou a concelleira de Muros María Sambade, salientan que Compromiso acudiría con "campaña, programa e lema propios", pero que a coalición permite concorrer en "igualdade de condicións" con acceso, por exemplo, ao mailing electoral. A aposta por concorrer en solitario, "nunha candidatura cidadá galega", defendida por militantes como Jessica Fernández Polo, Modesto Toribio, Álvaro Montes, xunto con numerosos membros da Mocidade Nacionalista Galega, argumentaba as vantaxes de manter "un perfil propio" e de "darse a coñecer na sociedade", a través da necesaria recollida de sinaturas para poder presentarse. |
NOS_3393 | A presenza desta especie no país continúa a ser moi elevada. No que vai de ano retiráronse case 13.000 niños en 285 concellos. | O coronavirus nada ten que ver coa vespa velutina ou, en todo caso, quizais incluso veulle ven o confinamento das galegas e galegos porque a presencia desta especie segue a ser moi elevada. As autoridades tiveron que acudir a retirar 13.000 niños no que vai de ano. Esta cifra, fornecida hoxe pola Xunta, implica practicamente a retirada dunha media de 47 niños cada xornada, se ben é claro que houbo días de moito máis traballo que outros. Pero a estatística fai referencia a 285 concellos do país, non a todos, polo que a afección pode ser moito máis notábel. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, falou do Plan de loita contra a vespa velutina no que traballan a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e explicou que desde a súa estrea en xaneiro, operarios do Seaga tiveron que acudir a eliminar 13.000 niños. Neste plan para acabar coa velutina no país participan 285 municipios, o 90% dos que existen na Galiza. No entanto, son as comarcas do norte as que máis padecen esta ameaza, que incluso chega a afectar a algúns negocios. No entorno da Coruña retiráronse 6.500 do total de niños. Por contra, no interior as cifras foron moito menores. Prieto explicou que a maioría dos elementos que constrúen para vivir estas vespas se eliminaron "nun prazo de menos de cinco días hábiles, ao estar situados a menos de 25 metros de altura e en lugares accesíbeis". O Teléfono de Atención á Cidadanía 012 rexistrou 23.730 avisos. A respecto das diferenzas nos números, a representante da Xunta aclarou que como resposta a algunhas chamadas non procedía actuación. Outras aínda están pendentes de determinadas medidas. |
NOS_55304 | "Comezamos o ano 2022 desde outra situación radicalmente diferente, cunha actividade cultural que se está a recuperar" e que ten "practicamente plena normalidade", xustifica o Goberno galego. | O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, explicou esta terza feira que a Xunta non prevé convocar de novo os 'bonos cultura', que a finais do ano pasado tivo unha "boa acollida", porque "o contexto é diferente" ao de 2021, cando se concibía como unha "acción de estímulo da demanda cultural entre a cidadanía". Así o xustificou Lorenzo durante a súa resposta a unha pregunta formulada a respecto diso pola deputada do PSdeG Noa Díaz na Comisión 4ª, de Cultura e Educación, do Parlamento da Galiza. O secretario xeral insistiu en que esta convocatoria, que chegou a case 40.000 persoas con descontos de 50% para adquirir produtos culturais, cun máximo de 50 euros, foi implementada "hai pouco máis de oito meses", nun contexto que facía "necesario" implementar "medidas urxentes de carácter extraordinario". Sorpresa á hora da declaración da renda: os bono Cultura, os turísticos e comerciais computan como ganancias "O 'bono cultural' non se pode entender como unha iniciativa illada", recalcou Lorenzo, quen enmarcou esta proposta no marco dun "conxunto de políticas de apoio á cultura", dixo, que a Administración despregou o ano pasado con "máis de 42 millóns de euros" para reactivar o sector. "Comezamos o ano 2022 desde outra situación radicalmente diferente, cunha actividade cultural que se está a recuperar" e que ten "practicamente plena normalidade", reivindicou, xa que hai unha "oferta variada, diversificada e expandida polo territorio", con case 800 eventos que apoia a propia Xunta. Fronte ás críticas da deputada do PSdeG porque non se volverá convocar o bono, Lorenzo lembrou que houbo iniciativas semellantes por parte dos concellos da Coruña e Santiago de Compostela —con gobernos socialistas— que tamén remataron en decembro. Aliás, lamentou que o Estado chegue "tarde" para convocar o seu propio bono cultural para mozos e mozas e manifestou a súa "sospeita" con que este anuncio teña que ver coa "proximidade das eleccións xerais". |
NOS_25756 | Lémbralle ao Partido Popular que a cidadanía galega ten dereito a ser atendida na súa lingua nas administracións públicas. | O PP incluirá no seu programa electoral unha lei orgánica para blindar e protexer o español como lingua oficial do Estado español e prohibir que as linguas cooficiais (galego, catalán e euskera) sexan un requisito indispensábel á hora de acceder a un emprego público. Esta pretensión xerou unha vaga de críticas e reproches aos populares. Entre elas, a da Mesa pola Normalización Lingüística, que lle lembra ao PP que a cidadanía galega ten dereito a ser atendida na súa lingua polas administracións públicas. Esta lei, ademais, entraría "en conflito directo co artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galiza", que establece que o galego é a lingua propia de Galiza e cooficial, que todos teñen o dereito de o coñecer e de o usar, así como a obriga dos poderes públicos de garantir o seu uso normal e oficial. "A proposta do PP supón prohibir ou limitar gravemente o dereito da cidadanía galega a usar a nosa lingua en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, a sermos atendidos e entendidos correctamente na administración pública", explica o presidente da Mesa, Marcos Maceira. "Se queren defender a liberdade", continúa Maceira, "o primeiro que deben garantir é o dereito a utilizar a lingua galega sempre e en todo lugar, en servizos públicos ou privados. Este dereito xa está limitado na actualidade, pola ausencia de requisito nas listas do Sergas ou na administración xeral do Estado". O relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Fernand de Varennes, recolleu no informe preliminar que fixo público tras a súa visita ao Estado español que "as minorías lingüísticas teñen dereito a usar o seu idioma nas súas interaccións coas autoridades e institucións estatais" e que isto "segue sen cumprirse nalgunhas rexións". |
NOS_52983 | A dirección da coalición abertzale levará esta proposta á reunión do 14 de decembro en Donostia. | EH Bildu proporá á súa Asemblea presentarse ás eleccións europeas do vindeiro mes de maio co BNG e ERC, segundo informan Gara e Naiz. Vai collendo forma así a proposta que se verbalizaba nestas semanas desde representantes do soberanismo vasco e catalán a prol dunha concorrencia destas forzas para a cita coas europeas. Segundo informan estes medios vascos, xa se realizaron varias xuntanzas entre as tres formacións políticas para tratar a sintonía sobre este escenario electoral. Se ben non se concretou a fórmula de concorrencia a eses comicios si que parece existir coincidencia na conveniencia de presentarse xuntos, tanto por unha cuestión de índole política como para 'superar' as exixencias aritméticas desa cita coas urnas (nesas eleccións o Estado español é a circunscrición). EH Bildu, indica esta información, quer traballar para que esa suma de forzas soberanistas e de esquerdas poida ter tamén concreción alén das europeas e para afrontar outros retos político-electorais como as eleccións españolas. |
NOS_10373 | Os beneficios abeiran os 800 millóns de euros nos primeiros tres trimestres deste ano. | Naturgy segue o camiño das outras xigantes enerxéticas e tamén rexistra un importante aumento dos seus beneficios no que vai de ano, unha suba de ganancias a cabalo dos prezos da luz, en plena espiral alcista. A enerxética obtén un beneficio de 777 millóns no primeiros nove meses do ano. O beneficio até setembro sobe un 58,6%, mentres que os ingresos crecen un 28,9%. Entre xaneiro e setembro, obtivo unha cifra de negocio de 14.558 millóns, 3.238 millóns máis que nos mesmos meses de 2020. Aínda que os aprovisionamentos tamén creceron, un 40%, a marxe bruta seguiu á alza, ata os 4.182 millóns, un 6,3% máis. Naturgy é o segundo produtor hidráulico da Galiza con 1.120 megawatts e 12 encoros Naturgy é o segundo produtor hidráulico da Galiza con 1.120 megawatts e 12 encoros. A mercantil, xurdida da absorción de Fenosa por Gas Natural, explota parte das centrais erguidas no seus momento por Pedro Barrié de la Maza, favorecido polas súas relación co réxime franquista. A compañía eléctrica con sede social en Madrid está participada pola entidade financeira La Caixa con preto de 30% do capital, polo sociedade británica de capital risco CVC Capital Partners con 20%, pola GIP III Canary 1 S.A.R.L, división enerxética do fondo de investimentos estadounidense Global Infrastructure Partners con 20% e pola empresa do gas alxerina Sonatrach con 4%. Negocio eólico Naturgy, como Iberdrola e Endesa, tamén ten os ollos -e máis que os ollos- postos no negocio eólico na Galiza. Así, a multinacional proxecta un novo parque eólico na Mariña, zona que conta xa con máis dunha vintena en funcionamento. Trataríase de 8 aeroxeradores (27,6 MW) que afectarían os concellos de Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove. Mais Naturgy tamén está impulsando proxectos eólicos noutras zonas da Galiza, como nas Encrobas |
NOS_54639 | O xornalista Lorenzo Milá, actual correspondente de TVE en Italia, obtivo o XVI Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. | O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, convocantes do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, veñen de anunciar que o gañador da XVI edición é Lorenzo Milá. A candidatura de Lorenzo Milá resultou vencedora con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado, segundo trasladan os organizadores. Como cada ano, o gañador foi elixido en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa. "Lorenzo Milá é un xornalista cunha longa traxectoria na televisión pública española, onde ten cubertos diferentes acontecementos mundiais do mesmo xeito rigoroso e profesional. É un dos xornalistas que personalizan a mellor época de independencia nos informativos nos medios públicos, onde presentou La 2 Noticias e o Telediario 2. Desde o 2014, ocupa a correspondencia en Italia para a TVE, desde onde está a facer a cobertura profesional sobre a COVID-19", sinalan nun comunicado desde o CPXG. Milá competía nesta edición do premio Couso coa actual correspondente de Televisión Española en Asia-Pacífico, Mavi Doñate e o recentemente cesado como director da Axencia Efe, Fernando Garea. O xornalista enviou desde Roma un vídeo no que agradece o premio e llo dedica a "tantos profesionais da comunicación que se xogan a vida defendendo a liberdade de prensa, a todos os informadores de calquera categoría que traballan en condicións de precariedade laboral e a quen traballa na verificación das noticias, unha función crucial". O CPXG apunta que "cando a situación o permita", realizarase un acto público coa presenza do premiado para facerlle entrega do galardón. |
NOS_11591 | A nova sede electrónica da mutua que xestiona, entre outras, as prestacións sanitarias de todo o persoal encadrado no Réxime Especial do Funcionariado Civil do Estado, e no cal están incluído todo o profesorado galego coa excepción do persoal interino e outros vinculados ao réxime xeral, non permite o galego. | CIG-Ensino denuncia a discriminación da lingua galega na nova sede electrónica de Muface. O sindicato presentara unha queixa formal na última reunión do Consello Xeral de Muface "pola discriminación que supón para o galego que a nova sede electrónica da entidade só estea en castelán". O sindicato solicitaba que as persoas usuarias da sede electrónica non só podan optar pola versión en galego das informacións que conteña a nova web senón que, ao tempo, poda descargar ou cumprimentar en liña os impresos en galego dos distintos servizos que se ofrecen. Muface é a entidade que xestiona, entre outras, as prestacións sanitarias de todo o persoal encadrado no Réxime Especial do Funcionariado Civil do Estado, e no cal están incluído todo o profesorado galego coa excepción do persoal interino e outros vinculados ao réxime xeral. Igualmente está tamén incluído persoal de Correos, da Administración Central en Galiza e da propia Administración Autonómica. "Estamos falando, por tanto, da negación dun dereito elemental para miles de persoas en Galiza". |
NOS_29386 | Vén de presentarse a programación do Ano Casares, que alén de simposios e xornadas, traerá a edición de toda a súa obra, levará a escena a novela 'Os mortos daquel verán', convocará premios de xornalismo de opinión e moito máis. | A Academia Galega, a Fundación Carlos Casares, o Consello da Cultura, o Pen Galicia, a editorial Galaxia, a CRTVG, a Deputación de Ourense e os concellos de Ourense e de Xinzo da Limia presentaron hoxe a programación anual dedicada ao escritor, que será o protagonista indiscutible do ano editorial e cultural. Galaxia, que acolle a inmensa maioría da súa obra, comezará o ano publicando un feixe de obras pendentes co obxectivo de que "estea toda a súa obra ao dispor dos lectores e lectoras". Así, publicará os cinco Toribios (literatura infantil), que se atopaban descatalogados; así como os ultimos volumes de Á marxe, que reúne a súa obra xornalística. En febreiro verá a luz tamén un conxunto de relatos e tamén as columnas A delicia de ler. E na primavera chegará unha biografía do ourensán da man de Henrique Monteagudo. E aló polo mes de novembro, a Academia desenvolverá o Simposio Carlos Casares en colaboración co Consello da Cultura Galega e da Fundación que leva o seu nome. A propia sede da RAG, na Coruña, acollerá tres xornadas centradas na faceta literaria do homenaxeado, que en 1978 se converteu no académico de número máis novo. O seu labor como intelectual público e comprometido coa proxección exterior da cultura galega será outro dos seus perfís nos que se deterá a parte dos encontros que se desenvolverá no Consello da Cultura Galega, institución que dirixiu durante seis anos. O programa completarase en Ourense, a súa cidade natal. Edicións especiais dos seus libros, roteiros, programas de animación á lectura, un documental e outros contidos audiovisuais, diversas exposicións ou concertos son tamén parte da programación que foi presentada hoxe. Haberá tamén concursos literarios, unha carreira deportiva, lecturas públicas e recitais, obradoiros, relatorios e máis. O CDG, en coprodución con Talía Teatro, levará a escena a novela 'Os mortos daquel verán', que se estreará en Compostela en maio. Na rede A Academia visitará o vindeiro 21 de febreiro o CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), onde o escritor estableceu a súa residencia. Alí presentará a nova edición da Primavera das Letras, proxecto co que fornecerá a comunidade escolar de recursos didácticos para achegar o público máis novo á figura e á obra do escritor, ademais do espazo biográfico dedicado a Casares na web oficial da RAG. E o día 17 de maio a sesión plenaria extraordinaria que realiza a Academia terá lugar nun dos lugares fundamentais na súa vida, Xinzo da Limia, a localidade na que se estableceu coa súa familia cando tiña apenas tres anos. |
NOS_27677 | A plataforma esixe ao Goberno galego que a situación actual "non sexa utilizada para desmantelar ou recortar o sistema sanitario público, como noutras situacións de crise". | A Plataforma SOS Sanidade Pública rexeita o peche dalgúns Centros de Saúde e Puntos de Atención Continuada que valora a Xunta da Galiza, e demanda ao Goberno galego que a situación actual, consecuencia da pandemia da COVID-19, "non sexa utilizada para desmantelar ou recortar o sistema sanitario público, como noutras situacións de crise". Sos Sanidade Pública engade que a súa prioridade é "respectar as medidas acordadas polas autoridades sanitarias para combater a pandemia", mais considera que é "absolutamente necesario manter e incrementar un sistema sanitario publico, universal e accesible, baseado nunha potente Atención Primaria". Para a plataforma, a loita contra a pandemia "non debería supoñer abandonar o resto de actividades asistenciais necesarias para facer fronte aos problemas e necesidades de saúde física e mental da poboación, especialmente da máis vulnerábel", polo que consideran "necesario" manter abertos os equipos para prestar asistencia a domicilio, renovar receitas ou controlar a evolución das doentes infectadas nos domicilios. Finalmente, SOS Sanidade Pública afirma "botar en falta" os instrumentos de participación social e profesional "que o PP eliminou", e demanda que calquera medida "que supoña cambios fundamentais nas actividades asistencias do sistema público" sexan debidamente "xustificadas, informadas e explicadas á poboación e ás súas representantes políticas, sindicais, científicas e sociais". |
NOS_30957 | A ex-candidata de IU en Madrid chama a unha candidatura de 'unidade popular' nesta comunidade española que ela propia encabezaría, se así llo pediren @s compañei@s. | Tania Sánchez deixa militancia e escano en IU mais non para entrar en Podemos malia a man tendida por Pablo Iglesias. Tania Sánchez compareceu ante a imprensa para explicar a súa marcha e a de varios partidarios de Izquierda Unida. Explicación que baseou en dous puntos. Por un lado, que non se adoptasen medidas severas contra cargos de IU implicados en diversos escándalos. Por outro, abandonan IU porque, din, era un impedimento para acadar candidaturas de 'unidade popular' no ámbito autonómico, candidatura que ela propia dixo estar disposta a encabezar se así llelo demandaban os e as súas compañeiras. Tania Sánchez, porén, anunciou que deixa o escano na Asemblea de Madrid porque considera que a acta lle pertence a IU. O que si desbotou Tania Sánchez foi entrar en Podemos, un ruxe-ruxe que aumentou após que se soubese que abandonaba IU e malia a man tendida de Pablo Iglesias horas antes: o secretario xeral da formación emerxente afirmara que "estaría encantado de que toda a xente boa asumise que Podemos é o seu instrumento". "Fracturar" Desde IU da Comunidade de Madrid afirmaron "lamentar" a decisión de Tania Sánchez e consideran que é un "duro golpe" á xente que a apoiou nestes meses. Aliás, considera que o paso dado por ela supón "fracturar" a esquerda política e social. |
NOS_37604 | Presenza mediática, mensaxes intimidatorias, ataques políticos nas redes e apoio de perfís de ultradereita acompañan o nacemento de Mi casa no es la tuya, unha empresa xurdida en Lugo hai apenas un mes cuxa actuación xa está a ser investigada por un xulgado por un posíbel delito de coaccións durante un desaloxo na mesma cidade. O seu perfil reivindica o papel da firma na defensa "dos españois decentes e traballadores" ante a "inseguridade xurídica" que sofre a propiedade inmobiliaria. | Preséntase como unha empresa "cunha vocación social", que se define por "axudar todas aquelas persoas que perderon a posesión efectiva da súa vivenda debido á ocupación ilegal ou que teñen nela inquilinos precarios", mediante procedementos de "negociación" e, en caso necesario, de "control de accesos". Mais, a pouco que se pescuda, a mensaxe tórnanse menos amábel. Non hai máis que acudir ás súas redes sociais, a súa principal carta de presentación, xunto coas reiteradas intervencións en medios de comunicación, públicos e privados, para constatalo. "Os cazaremos, vagos", "a estos delincuentes se les acaba el cuento" ou "no se escapará uno". Son os reclamos de Mi casa no es la tuya, a empresa lucense de "desokupación" que a pasada fin de semana participaba no desaloxo dun edificio na rúa Yáñez Rebolo da mesma cidade, onde desde hai meses residían varias familias sen pagar alugueiro das vivendas. A intervención está no xulgado de instrución 1 de Lugo, que abriu dilixencias por un posíbel delito de coaccións contra a empresa, denunciada por dúas das persoas desaloxadas, e que, ao tempo, investiga a denuncia dos membros de Mi casa no es la tuya contra esas mesmas persoas por lesións, das que consta un parte médico, segundo confirman desde o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). "Hoy hemos estado cazando ratas. Dos pisos de un edificio, uno recuperado ya por Micasanoeslatuya y otro en proceso. Intento de homicidio con una furgoneta y de linchamiento con palos. Un compañero herido, no nos vamos, seguimos luchando", relataba a firma na súa conta de Twitter. Desde Stop Desafiuzamentos Lugo, cuxos membros, xunto cos doutros colectivos sociais, estiveron presentes na actuación –mesmo fixeron gardas durante a noite– e acompañaron despois as persoas desaloxadas que así o requiriron no proceso para atopar acubillo e buscar axuda nas institucións públicas, teñen unha visión diferente. Criminalización da pobreza "Eu non vin esa batalla campal, e si xente con actitude desafiante, que provocaba e retaba a quen estabamos alí, bloqueando a entrada da vivenda. Iso foi o que xerou as tensións", relata Mina Galván, portavoz desta organización, que alerta tamén da vulnerabilidade dalgunhas das persoas residentes das cales dúas, apunta, contan cun alto grao de discapacidade. Superioridade física, actitude "provocadora" e chalecos de seguridade baixo as camisetas promocionais da empresa son algunhas das ferramentas coas que opera este negocio de "recuperación de vivendas", segundo a activista. "E colocan grandes anuncios de alarmas no edificio, un reclamo que abre a veda para facilitar a suba de prezos doutros propietarios ou a converter os pisos en vivendas turísticas", alerta. "Aquí o que se está criminalizando é a pobreza", advirte a portavoz de Stop Desafiuzamentos, cuxa plataforma emitiu ao día seguinte dos feitos un comunicado para denunciar a actuación da empresa, "polo impedimento aos familiares das afectadas de entrar a axudar os moradores a retirar as súas pertenzas e mesmo de levar medicinas a unha muller enferma que se atopaba no interior" e outras actitudes. A plataforma antidesafiuzamentos xa contactou coa Xunta na busca de alternativas para as persoas que quedaron máis desprotexidas, a través do programa Reconduce ou outras axudas á emerxencia social –para o que hai fixada unha xuntanza mañá–, e tamén está en contacto cos Servizos Sociais municipais, segundo conta Galván, a preguntas de Nós Diario. "Non estiveron alí, e as xestións nesta época entorpécense polos protocolos da Covid-19, que obrigan a pedir cita previa o que alonga todo o proceso", observa. Este diario consultou o Concello lugués sobre as actuacións con estas familias ou sobre a situación legal do edificio, sen resposta. Casas baleiras A ollos da organización social, o "gran problema cos okupas" é, en realidade, "a problemática de moitas persoas necesitadas dunha vivenda e a necesidade de dar alternativas ás familias". "Non é que defendamos a ocupación, sabemos que a xente non ten dereito a meterse nunha vivenda allea, pero si a unha vivenda digna", di. A fórmula desta empresa non parece que se adapte aos tempos nos que estamos, ao que se precisa para poder sobrevivir", reflexiona Galván, botando man dos datos de vivenda desocupada –21% en Lugo, unha de cada cinco, segundo a súa organización– e de ocupación, que cifra na cidade en 14 casos, facendo alusión a datos policiais. Nunha das varias entrevistas recollidas en distintas cadeas, un dos fundadores de Mi casa no es la tuya, Rubén López, falaba –neste caso, na TVG– de catro ocupacións perpetradas na cidade en só dúas semanas. Serían máis que as que o Consello Xeral do Poder Xudicial ten cuantificadas a nivel provincial en Lugo durante todo o primeiro trimestre deste ano (último período do que hai datos publicados con ese nivel de desagregación). Segundo esta fonte, neses tres meses os procedementos verbais posesorios por ocupación ilegal de vivenda foron tres –e 21 en todo 2019–, mentres que os lanzamentos por impagamento da vivenda en Lugo ascenderon a 38 entre xaneiro e marzo, e a 217 en 2019. En toda Galiza, as demandas por ocupación ilegal sumaron na primeira metade do ano 51 casos (referidos a aqueles en que as propietarias son persoas físicas, entidades sen ánimo de lucro ou entidades públicas posuidoras de vivenda social, o que deixa fóra a entrada en pisos de bancos), 21,5% menos que no mesmo período do ano anterior, segundo o TSXG. Con estas cifras, entidades como Stop Desafiuzamentos reclaman "políticas de rehabilitación e de vivenda social", regulación nos prezos do alugueiro e vontade "para aprobar unha normativa que garanta o dereito á vivenda digna de todas e cada un das persoas de Lugo". [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir desta cuarta feira, día 23, nos quiosques ou na nube] |
PRAZA_2812 | O BNG e fóra del, existen miles de militantes dispostos a reconstruír a esquerda patriótica. Este debe ser o desafío si queremos ser parte dos procesos rupturistas que xa se iniciaron en Cataluña e en breve terán continuidade en euskal herria. | Fun militante do BNG, mesmo candidato a concelleiro fai xa algúns anos, cando era alcalde da cidade de Vigo, Lois Pérez Castrillo. Logo con outros compañeiros por considerar as posicións desta organización como posibilistas, cando falaban de que non eran de esquerdas nin de dereitas -igual que agora Podemos- ou que o obxectivo quedábase en máis competencias para Galicia, decidín marcharme. Non era o meu lugar de militancia. Este posibilismo logo manifestouse no bipartito, que gobernou a Xunta de Galicia. Malia que as miñas posicións políticas foron máis aló do BNG, inclusive fun crítico e en moitas oportunidades moi duro, con esta organización, creo que é necesario facer algunhas consideracións, para centrar na actualidade, a nosa opinión e a nosa opción de voto. O BNG desde o seu fundación foi o mellor instrumento político que defendeu aos intereses nacionais e sociais de Galicia. Tanto esta organización, como os movementos sociais que impulsou como a CIG, o Sindicato Labrego, movementos culturais, ecoloxistas, mocidades, muller etc. Foron verdadeiros actores políticos que dinamizaron a nosa sociedade e intentaron vertebrar o noso país. En todo este longo proceso tamén se cometeron erros, falta de obxectivos estratéxicos, demasiado tacticismo, falta de rotación de roles, estructurais burocráticas etc. A isto hai que agregarlle o erro de suplantar e esconder a Xosé Manuel Beiras, como líder natural e recoñecido por unha banda moi importante da nosa sociedade. Malia iso as únicas voces que no Parlamento Galego claramente e de forma contundente, expresaron aos sectores máis afectados da nosa nación, foi o BNG. Con relación ao Parlamento español debemos sinalar tamén que o BNG foi a única voz que tivo Galicia, durante moitos anos. Os distintos parlamentarios desta formación política, que ocuparon escanos en Madrid, mantiveron unha actitude patriótica de moita dignidade, intentando visibilizar Galicia e os seus problemas. Algunhas intervencións parlamentarias foron históricas, como as de Francisco Rodríguez, que moito me recordaba a Fernando Sagaseta, o deputado comunista canario, cuxas intervencións eran demoledoras contra o sistema. Por iso Nova Esquerda Socialista Galega (integrante dá Esquerda) decidimos dar todo o noso apoio a Nos, Candidatura Galega. Consideramos que é a única proposta que pode representar os intereses nacionais e sociais de Galicia. A única que pode xunto ás esquerdas rupturistas e as forzas soberanistas do resto de Estado, lograr impulsar un proceso constituinte, que permita lograr un novo modelo de Estado, que permita a constitución da República Galega. Estas eleccións non serán fáciles, o sistema aposta por instalar ás candidaturas que lle son fieis ao modelo político, que se inicio coa transición e a Constitución do 79. Sen ir máis lonxe un dos mentores políticos da Mareas que se presentan en Galicia, Pablo Igrexas, fai tan só uns días na Sexta TV, sinalaba que eles eran a autentica garantía da unidade de España, para agregar que non era necesario un proceso constituínte, que con algúns cambios do texto da actual constitución borbónica, era suficiente. Como dicía o sistema de antemán quere premiar en Galicia ás Mareas. Alianza que carece dun programa claro para Galicia. Con candidatos que na maioría dos casos -salvo excepcións en Lugo-, carecen do nivel e compromiso comprobado para defender ao noso país. Con candidatos que o primeiro que farán si son elixidos, será conformar o grupo parlamentario de Podemos. Con este panorama preséntanse estas eleccións. Por iso consideramos que malia os resultados ou a obtención de representantes na cortes da monarquía, é necesaria un forte reflexión política. O día logo das eleccións debemos de repensar a construción dun novo instrumento político, con obxectivos estratéxicos claros. Como sinala Carlos Morais nun artigo xornalístico recente "Rutura e soberanía dependerán dá rua": "A esquerda independentista tem que perserverar na construçom a sua própria alternativa política e contribuir ao deslocamento da esquerda nacionalista face posiçons soberanistas e de ruptura democrática. Para lográ-lo é necessário manter firme o leme com audácia e generosidade, tecendo pontes de colaboraçom." O BNG e fóra del, existen miles de militantes dispostos a reconstruír a esquerda patriótica. Este debe ser o desafío si queremos ser parte dos procesos rupturistas que xa se iniciaron en Cataluña e en breve terán continuidade en euskal herria. Por estas consideracións nós votaremos, por Galicia, pola esquerda, por Nos Candidatura Galega. |
NOS_22262 | O ex presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, considera que o fallo do Tribunal Constitucional belga sobre o rapeiro que tombou a lei sobre inxurias á Coroa no Estado é "histórico". Así, comparou os avances en "liberdade de expresión" noutros lugares do mundo co "réxime político do Estado español". | O eurodeputado de Junts e ex president da Generalitat, Carles Puigdemont, defendeu esta sexta feira o auto do Tribunal Constitucional belga que declarou inconstitucional a lei sobre inxurias á Coroa en resposta ao caso do rapeiro Josep Miquel Areas, máis coñecido como Valtònyc. Desde o seu punto de vista foi un fallo "histórico". Ademais, coñecendo tanto as etapas polas que pasou o seu caso como as do intérprete, na súa opinión este ditame "interpela directamente a España e marca unha diferenza sideral entre os sistemas europeos e o español". "A decisión é un paso de xigante en favor dun dereito fundamental como a liberdade de expresión", resaltou preguntado polos medios xunto a súa vivenda de Waterloo após unha visita do líder de Omnium Cultural, Jordi Cuixart. Na súa resposta, insistiu en que a decisión da Xustiza belga "volveu colocar unha distancia sideral entre as democracias europeas e o réxime político do Estado español". Segundo o ex president catalán a decisión é "histórica para Bélxica e para a democracia" e "debería interpelar" a España. Sobre o caso deste rapeiro "fuxido" Desta forma se refería ao auto desta quinta feira na que o Constitucional tirou abaixo a norma propia que persegue os insultos ao rei por ser "imcompatíbel" coa Constitución ao bater directamente "coa liberdade de expresión consagrada" tamén na Carta Magna. O Constitucional belga respondeu así as dúbidas do tribunal de Apelación de Gante que debe decidir sobre a entrega a España de Valtònyc, un caso que encara a súa fase final despois de que coñecer a opinión do alto tribunal sobre se cabía aplicar a normativa belga de inxurias ao Rei que data de 1847, declarada agora inconstitucional. O artista fuxiu de España en xuño de 2018 tras ser condenado pola Audiencia Nacional por delitos de enaltecemento do terrorismo a dous anos de cárcere e a un ano e medio máis por inxurias á Coroa, unha sentenza ditada por delitos cometidos entre 2012 e 2013 e posteriormente confirmada polo Supremo. A súa entrega xa foi rexeitada pola Xustiza belga en primeira instancia fai tres anos. |
NOS_50328 | Naceu en 1979 como resultado dun movemento unitario. Sesenta ou setenta persoas, membros de grupos pequenos espallados pola Coruña, acudiron á chamada, entre eles Felicitas León, Rosi Ares, Lino Rivas ou quen hoxe é director de Xacarandaina, Quique Peón. A emblemática agrupación de música tradicional celebra 40 anos en activo e faino estreando novo espectáculo este sábado, 6 de abril, na Coruña. | O Teatro Colón acollerá a actuación, que servirá ademais como presentación do disco 40 anos Xacarandaina, en que participan medio cento de artistas. E é que Xacarandaina é un grupo e unha escola. Non por acaso, polas súas fileiras pasaron flor e nata da música galega: Bieito Romero, Sés, Mercedes Peón ou Xabier Díaz. "A singularidade deste espectáculo", sinala en comunicado de prensa a agrupación, "será volver sobre as táboas músicas e cancións que estrearon hai anos e non se volveron tocar. Será un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico". Deseño de luces singular, posta en escena "coidada", trátase dunha "gala creada para a ocasión en que o obxectivo principal será promover e divulgar a arte inmaterial galega, facendo que o espectador viaxe no tempo". Para concretalo, Xacarandaina escolleu "entre as máis de mil melodía diferentes recollidas no traballo de campo ao longo da historia da entidade". Algunhas delas figuran tamén en Xacarandaina 40 ano, desde unha Danza de Bergantiños gravada en 1981 ao Canto de arrieiro e pandeiretada de Rus en 1990, o Valse das Cortellas en 2006 ou o Pateado e Muiñeira de Mozo en 2018. A actuación da Coruña no Teatro Colón será o sábado 6 de abril ás oito e media do serán e as entradas xa están á venda. |
NOS_7538 | Voadora adapta á escena a Viaxe á lúa de Lorca, o único guión cinematográfico que se coñece do autor. | Un guión cinematográfico que ten máis de poesía que de relato. Un experimento cuxa narrativa se aproxima á pretensión surrealista de aproximarse á sintaxe dos soños e que establece o seu prestixio na capacidade de desvelar ás pulsións inconscientes que operan na oculta sala de máquinas dos nosos actos. A Viaxe á lúa de Lorca ten máis a ver con Poeta en Nova York que co teatro do autor, que axiña depuraría esa inspiración onírica para crear O público ou a Comedia sen título. Viaxe a lúa / Dirección: Marta Pazos / Compañía: Voadora (en coprodución co Teatre Lliure) / Elenco: Laia Alberch, Marc Domingo,Rut Girona, Cristina Martínez, Clara Mingueza, Mariona Rodríguez, Gal·la Sabaté e Paula Sunyer / Auditorio de Galiza, 12 de xuño de 2021 Desexo, identidade e perda da inocencia toman a forma de imaxes turbadoramente eróticas, violentas e repulsivas. Se cadra, na convicción de que a "pura" candidez perdida tras pasar o limiar da infancia contempla o mundo adulto cun horror que xa non nos abandona até a morte; na certeza de que todo o que nos acontece tras esa pueril etapa de inxenuidade é produto dun cerebro reptiliano que só disfraza os instintos máis básicos coas enganosas vestiduras da civilización. Non é unha hipótese que haxa que desbotar demasiado de présa. Marta Pazos inspírase nun imaxinario que enlaza co cine máis clásico a través do musical, das pernas das bailarinas de Broadway e os sombreiros de copa de Fred Astaire, mais dotándoos da liña de sombra que debuxan os paxaros vestidos de frac de Max Ernst: eses seres na fronteira entre o animal e o mundano, non tan sinistros coma equívocos na súa intención. E a través da música entra Voadora no sentido teatral do texto: o ritmo -tamén visual- crea a progresión dramática necesaria para que a función non caia no cansino catálogo de estampas metafóricas. A coreografía inclúe pianos que realzan o espazo escénico, palabras que se desintegran caendo ao baleiro, peixes que proban sorte en terra firme ou melancólicos arlequíns que lembran que, cando a función remata, o circo é un lugar é un lugar triste: a perda da inocencia atinxe tamén a unha sociedade esgotada pola perda do sentido. Porque tras toda esa fervenza de alegorías, repousa unha realidade que une o Nova York no que Lorca escribiu este guión -o do crack do 29- e o tempo en que asistimos á posta en escena de Voadora -o da gran crise do neoliberalismo. A paisaxe do ser humano desposuído da vontade de utopía descansa no fondo dese desgusto existencial. O desexo reducido a unha viaxe espacial non iguala ao poeta granadino con Jeff Bezos: só dá a medida da regresión das nosas aspiracións, da voracidade de quen nos despoxa mesmo da capacidade de soñar. E como deixou escrito o poeta en Nova York, virán as iguanas vivas a morder os homes que non soñan. |
NOS_3715 | A compañía eléctrica modifica o seu plan estratéxico para acelerar a eliminación da produción con carbón do seu mix de xeración | Endesa xa ten data para o feche definitivo da central térmica das Pontes. Será en 2022 cando a instalación pontesa deixe definitivamente de producir enerxía a partir da queima do carbón, segundo anunciou a propia compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) esta cuarta feira. No documento remitido pola empresa ao regulador, no que modifica o seu plan estratéxico para o período 2020-2022, Endesa inclúe a desaparición dos 4,5 xigavatios (GW) de produción de carbón co feche xa anunciado das centrais de Compostilla (León) e Andorra (Teruel) e a non continuidade da de Litoral (Almería) e a das Pontes máis aló do ano 2022. No seu redeseño do modelo de negocio, no que pon especial foco na descarbonización, Endesa pretende pasar de 40% a 60% no que a capacidade renovábel se refire, e lograr que 85% da súa produción sexa libre de emisións de CO2 (na actualidade é 75%). As previsións da compañía contemplan reducir a súa capacidade peninsular dos 19 xigavatios (GW) a 17,3 GW en 2022, pero incrementando a produción de 49,5 teravatios hora (TWh) a 52,1 TWh por esa maior aportación das renovábeis, que pasarían de xerar 9,4 TWh a 17,8 TWh nese período. A nuclear manteríase no entorno dos 26,5 TWh e a produción térmica quedaría limitada á aportación dos ciclos combinados, que sería de 7,8 TWh, fronte aos 13,8 TWh que suporán este ano xunto coa contribución das térmicas. Máis investimento en renovábeis Segundo sinalan desde a compañía, a descarbonización do seu modelo ofrece oportunidades de investimento de 236 miles de millóns de euros. Xa en 2020, Endesa cifra o seu investimento en renovábeis nuns 600 millóns de euros, unha cantidade que ascenderá até os 1.000 millóns e 1.400 millóns, respectivamente, nos exercicios sucesivos. Nesta previsión non se inclúen os 72 millóns de euros de investimento na Galiza para a construción dos parques eólicos no Vicedo e Paradela, que suman 62 MW e que a compañía prevé que entren en operación antes de que remate o ano. Tampouco especifica partidas para o desmantelamento da central nin aclara proxecto algún sobre o que se vai facer nos terreos liberados. Aínda así, a compañía ofrece algunhas pistas, xa que o incremento de capacidade contemplado no seu plan estratéxico ten na solar e na eólica os seus grandes protagonistas. No caso da primeira, Endesa prevé elevar os 0,3 GW até os 2,2GW de potencia solar instalada. No caso dos eólicos, o incremento sería menor, de 9MW, dos 2,3 con que cerrará este ano até os 3,2 no ano 2022. |
NOS_13612 | A xornada, organizada pola fronte nacionalista, realizouse nas vésperas da súa Asemblea Nacional coa finalidade, sinalou Guillerme Vázquez, "de debater por onde hai que camiñar para lle dar saída a esta situación de crise económica, social e política" | Compostela acolleu este sábado unha xornada de traballo sobre soberanía e saídas á crise económica, organizada polo BNG, en que tomaron parte as 16 delegacións convidadas á XIV Asamblea Nacional da fronte nacionalista, alén de representantes de organizacións galegas, sindicatos, asociacións culturais, ecoloxistas e do ámbito agrario e forestal. "Coa presenza das delegacións políticas que nos van acompañar na Asemblea Nacional", afirmou Guillerme Vázquez, "aproveitamos para organizar esta xornada de traballo para debater por onde hai que camiñar para lle dar saída a esta situación de crise económica, social e política onde nos meteu, dende a Unión Europea, o Estado español". Unha política diferente Guillerme lembrou que para o BNG, "que partilla opinión con outras organizacións", unha das cuestións fulcrais para poder avanzar na solución da crise é "a soberanía", concebida como "o autogoberno e a capacidade de decisión para poder rachar coas políticas neoliberais". Nesta liña, o nacionaista defendeu "poder facer unha política diferente atuotcentrada, no caso galego, a prol do noso país e das clases populares". Entre as delegacións convidadas, figuran a Federación PSM-Entesa, Aralar, Sortu, Amaiur, EAJ-PNV, PCP, Bloco da Esquerda, Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común, Adega, AGAL, CIG, Comités, FRUGA, Liga Estudantil Galega e A Mesa pola Normalización Lingüística. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.