ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_5009
Recoñece así a traxectoria "como escritor, músico, guionista e director de cine".
O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, aprobou esta terza feira a concesión das Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes correspondentes ao ano 2021 a 31 personalidades e institucións da cultura, entre elas Antón Reixa, músico (Os Resentidos, Nación Reixa), poeta (en solitario, Rompente), guionista, director de cinema, dramaturgo, videoartista... O vigués partilla premio con nomes como o actor Javier Bardem, o grupo de música Amaral ou o artista Jaume Plensa. Antón Reixa (Vigo, 1957) é un dos nomes imprescindíbeis da creación cultural na Galiza na segunda metade do S.XX e inicios do XXI. A Delegación do Goberno remitiu un currículo de Reixa no que destaca que se trata dun artista polifacético cuxos traballos abarcan todos os campos, desde música, cinema, teatro, poesía, narrativa, televisión ou radio. Foi o líder dos Resentidos, posibelmente o grupo indispensábel. En 1998, estrea na Televisión de Galiza (TVG), baixo a súa dirección, 'Mareas vivas', unha serie ambientada na Galiza mariñeira actual que bateu récords de audiencia nesta canle galega. Un ano máis tarde, con parte do equipo da serie, funda a produtora Portozás Visión. Adaptou ao cinema a novela de Manuel Rivas, 'O lapis do carpinteiro', protagonizada por María Adánez, Tristán Ulloa e Luís Tosar, realizada en 2002; á que seguiría en 2007 'Hotel Tívoli', con Tosar de novo entre a repartición principal. Mais a súa carreira non se limita a iso e soborda fronteiras estilísticas e creativas.
PRAZA_4767
Federico Mayor Zaragoza apelou a que debe recuperar o seu protagonismo para construír a paz na mente dos homes, con independencia e rigor, con coraxe cívica, colocándose á fronte das reivindicacións que figuran na Carta Constitutiva da UNESCO e na Declaración Universal dos Dereitos Humanos
Amenceu un día magnífico en Paris, logo dun domingo soleado que aproveitamos para perdernos por rúas e parques, despois de varios meses sen ver o sol en Santiago de Compostela. Foi o pasado luns, 3 de febreiro. Chegamos á sé da UNESCO, na Place Fontenoy, cedo, ás 9 eran as acreditacións, pola Rue Zufren. Notábase bullicio. As persoas parábanse antes de pasar o scanner de seguridade. Acompañáronnos á Sala X, lugar onde se celebran as reunións habituais do Consello Executivo da UNESCO. É un espazo amplo, luminoso, disposto en varios círculos concéntricos onde se sitúan a presidencia, o secretariado, os relatores, invitados, delegacións… No teito un artesonado que simula unha estrela, nos asentos a tradución simultánea nos idiomas oficiais, na parte superior, os intérpretes. No centro, unha cámara da televisión da propia institución. A delegación da Fundación Cultura de Paz era ampla. A expectación enorme. Moi pronto a sala estaba chea. Federico Maior Zaragoza volvía ao lugar onde conseguira aprobar resolucións e declaracións de enorme relevancia, particularmente, a de Cultura da Paz e o seu Plan de Acción, logo asumida pola Asemblea Xeral da ONU en 1999 Federico Maior Zaragoza, ex director xeral da UNESCO entre 1987 e 1999, movíase como peixe no auga. Volvía ao lugar onde conseguira aprobar resolucións e declaracións de enorme relevancia, particularmente, a de Cultura da Paz e o seu Plan de Acción, logo asumida pola Asemblea Xeral da ONU en 1999. Estaba acompañado por Georges Kutukdjian, promotor da homenaxe pola súa 80 Aniversario, xunto con outras personalidades dun Comité amplo e plural, no que participaron Françoise Riviére, Breda Pavlic, Doudou Diene ou Pío Rodríguez, membro do Consello Executivo e único representante de España que tomou a palabra no acto de homenaxe. O embaixador, delegado permanente ante a UNESCO, D. Juan Manuel Barandica Luxán, presente na sesión da mañá, optou polo silencio. Todo foron recoñecementos, eloxios, semblanzas e recordos emocionados de personalidades destacadísimas da vida da UNESCO sobre a figura, o pensamento e as accións levadas a cabo polo que fora director xeral durante 12 anos Todo foron recoñecementos, eloxios, semblanzas e recordos emocionados de personalidades destacadísimas da vida da UNESCO sobre a figura, o pensamento e as accións levadas a cabo polo que fora director xeral durante 12 anos. A pegada deixada naquela institución polo profesor Mayor Zaragoza, desde o máis humilde funcionario ata os directores executivos, foi enorme. Todas as intervencións reflectían agarimo e añoranza, desde a actual directora, Irina Bokova, a súa antecesor, Amadou Mahtar M'Bow, o seu sucesor, Koichiro Matsuura ou o propio presidente do Consello Executivo na actualidade, Mohamed Sameh Amr. Se tivese que destacar algunhas das intervencións que á min máis me impresionaron, sen dúbida, tería que citar as de Mihail Gorvachov, Mary Robinson, Koffi Annan ou Mario Soares. Especialmente emotivas foron as palabras de Boutros Ghali, ex secretario xeral das Nacións Unidas, as de Robert Badinter, ex- ministro de Xustiza francés con Miterrand, Henri Lopes, Aminata Tahoré ou a de Edgar Morin. Todos coincidiron en destacar o seu papel, a súa capacidade para facer posibles os imposibles, a súa aposta por Africa e pola educación para todos. E ata houbo tempo para que un grupo de funcionarios e funcionarias da UNESCO cantaran o cumpreanos feliz. Federico Mayor Zaragoza contestou e agradeceu a todas e a todos, a quen non puido nomear, citounos por escrito, e figurarán nas actas da reunión. Falou do seu paso pola institución internacional que representa á intelectualidade da ONU, apelou a que debe recuperar o seu protagonismo para construír a paz na mente dos homes, con independencia e rigor, con coraxe cívica, colocándose á fronte das reivindicacións que figuran na Carta Constitutiva da UNESCO e na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, nosoutros os pobos, para evitar aos nosos fillos o horror da guerra, todos iguais en dignidade, cos valores cívicos e democráticos no horizonte, a xustiza, a solidariedade, a igualdade, a fraternidade, fronte aos valores dos mercados, promovendo a Cultura da Paz, a educación para a paz, os dereitos humanos e a democracia, da necesidade e urxencia dunha Declaración Universal sobre a Democracia; do diálogo intercultural e a alianza de civilizacións, da superación da pobreza e a exclusión, da prevención e a consolidación da paz, resolvendo pacificamente os conflitos. Fixo especial fincapé na refundación das Nacións Unidas, do papel da UNESCO nesa tarefa, con representación da sociedade civil e dos estados, sen dereitos de veto, con voto ponderado e de todos os países Fixo especial fincapé na refundación das Nacións Unidas, do papel da UNESCO nesa tarefa, con representación da sociedade civil e dos estados, sen dereitos de veto, con voto ponderado e de todos os países, cun Consello do Medio Ambiente e outro de carácter Socioeconómico, ademais do de Seguridade, para facer fronte aos desafíos globais, a guerra e os conflitos bélicos, o terrorismo, os tráficos de persoas, de armas, de órganos, de drogas, para pechar dunha vez os paraísos fiscais, evitar o armamentismo e o poderío nuclear… "Xa está ben de que uns poucos decidan por todos, basta de G7, G8, G20, non é a plutocracia senón a democracia verdadeira a todas as escalas, tamén na global". Nalgunhas intervencións pedíronlle que liderara a Declaración Universal pola Democracia. O embaixador, delegado permanente de España ante a UNESCO, Sr. Barandica Luxán, escoitaba cunha actitude entre displicente e ausente O embaixador, delegado permanente de España ante a UNESCO, Sr. Barandica Luxán, escoitaba cunha actitude entre displicente e ausente, nalgunha ocasión sorría, revolvíase no asento, comentaba algo con quen parecía a súa secretaria, miraba o reloxo, facíaselle moi larga a cerimonia, tanto que apenas finalizou de falar Federico Mayor, ausentouse, escoitando de fondo a atronadora salva de aplausos con toda a sala posta en pé en honor do profesor Mayor. Debo recoñecer que sentín vergonza e desprezo polo representante do goberno do Reino de España ante a UNESCO. Logo, nos corrillos, non se falaba doutra cousa. Para baixar o ton da miña indignación acordeime dos Diplomáticos de Monte Alto…
NOS_31500
As 32 páxinas do semanario traen este sábado ás lectoras e lectores de Nós Diario una reportaxe sobre o impacto da pandemia nas salas de cinema, una demorada entrevista con Luz Fandiño e un paseo polo rural no Nadal.
Como impactou e impacta a pandemia nos cinemas? Esta é a pregunta á que quere dar resposta a reportaxe de apertura do Sermos Galiza que se publica este sábado. O 6 de xuño comezaban a abrir timidamente os cinemas na Galiza, após tres meses fechados. Logo, setembro aterraba como un dos meses con maior concentración de festivais de audiovisual no país, entre as citas habituais e aquelas que buscaban acubillo en novas datas despois de seren adiadas, renegociando distintos formatos que conxugaban presencialidade e virtualidade. Con limitacións á capacidade que foron variando, a segunda vaga do coronavirus trouxo tamén unha polémica e moi criticada redución a 30 prazas como máximo nos espazos culturais, independentemente do seu tamaño, modificada a semana pasada. Neste contexto, moitas salas de cinema botaban o feche. Curiosamente, as pequenas, lonxe de tirar proveito da situación, parecían capear mellor a treboada. Polo menos até agora. Por que? Desde a súa progresiva reapertura en xuño tras o confinamento, as salas de cinema pasaron por distintos niveis de restricións, sobre todo no que atinxe á capacidade. As pequenas parecen ser as que están a resistir "mellor", mais non sen trabas. A chave: modelos de proximidade e programación menos dependentes das grandes estreas. Varias persoas responsábeis dalgúns destes proxectos explican a Sermos Galiza as dificultades que están a atopar e as perspectivas de cara a 2021. Luz Defínese a si mesma como poeta analfabeta, mais poucas persoas coma ela, nas súas mesmas circunstancias, tiveron tanta fame de saber e tanto orgullo pola nosa cultura. Como non tantas, estando do lado das subalternas, reivindicaron sempre como ela os seus dereitos sen ollar para as consecuencias. Luz Fandiño é unha poeta insubmisa. Unha muller, como di ela, demasiado rebelde como para, por exemplo, estar nun partido político. Falamos con ela co gallo da estrea do documental de Sonia Méndez e Nati Juncal A poeta analfabeta. "Eu vou co pobo porque son pobo. Nin a bandeira nin o himno nin a loita polo país son de ningún partido", subliña. "A poesía que me gusta -non digo que a outra sexa mala- é a que leva unha mensaxe que todo o mundo entende. Agora faise moita poesía que fala moi pouco do pobo, das nosas raíces". Nadal A pandemia provocou unha diminución considerábel nas viaxes de lecer. Quer por medo quer por precaución, agora máis que nunca estase a procurar a seguridade e a tranquilidade que as grandes cidades e os destinos turísticos convencionais non ofrecen. As casas rurais semellan a mellor opción á hora de elixir o lugar onde pasar as vacacións. O rural simboliza illamento, natureza, espazo aberto, aire limpo e pouca xente. É o sitio perfecto onde pasar tempo en familia ou con amizades evitando as aglomeracións. Falamos disto en 'Un nadal no rural'. O Colectivo Xea proponnos neste número unha camiñada pola ribeira de Arcade. "No fondo da ría de Vigo atópase a enseada de San Simón, e ao fondo desta sitúase Arcade, xusto na desembocadura do río Verdugo, pouco despois de este confluír co Oitavén. Esta localización tan especial entre as augas doces do río e as salgadas da ría fan deste punto un lugar curioso, pois malia estar moi lonxe de mar aberto, moi metido terra a dentro, non deixa de ter un contacto marítimo, cun porto e unha vida económica moi vencellada aos recursos deste ecosistema, como son os marisqueiros. Un paseo acondicionado hai pouco por toda a ribeira desde o porto até Ponte Sampaio vainos permitir realizar un percurso cómodo e breve, lonxe dos vehículos, que podemos complementar coa posterior visita a outros puntos que iremos observando de camiño". E non remata aquí este número do semanario. Oito páxinas centradas na literatura, música, cinema, deseño e arquitectura achégannos novidades, debullan propostas, informan, propoñen e convidan da man de Mario Regueira, Xulio Carballo, Olga Brañas, Mario Vilariño, Andrés Castro, Pepe Barro e Lázaro Armental.
NOS_1042
Falamos con Luis, un dos 436 brigadistas despedidos pola Xunta a 30 de setembro e voltos a contratar ás présas o pasado 11 de outubro perante a vaga de incendios. "A Xunta segue erre que erre co de que os incendios son cousa do verán, non se enteran de que iso xa non vale".
A 30 de setembro, a Xunta despedía 436 traballadores da loita contra incendios, 436 brigadistas aos que a Xunta só contrata 3 meses ao ano, os cualificados de alto risco (xullo a setembro). Pouco importaron as advertencias de que este ano extremamente seco aconsellaba non se desfacer dese persoal, pouco se tiveron en conta os consellos de que había que manter o operativo por mor da desestacionalización dos incendios. O propio presidente da Xunta afirmou que ese despedimento colectivo non afectaba a loita contra o lume. Está todo controlado, veu dicer Núñez Feijóo. Dúas semanas despois, a 11 de outubro, e perante a vaga de incendios que comezaba a se estender por Galiza, a Xunta volvía contratar ás présas eses operarios. "Unha chapuza e un caos, produto da improvisación", opina Luis G, membro de Atrifoga (Asociación de Traballadores de incendios forestais de Galiza). Luis atende Sermos Galiza após de combater durante horas o lume que esta fin de semana asola o noso país. Está no distrito Baixo Miño-Vigo, un dos máis afectados polo lume."Hai compañeiros que traballan 14 horas sen descanso, compañeiros que non estaban de quenda e uníronse á loita contra o lume...". "Xente desesperada" "A situación é moi fastidiada", afirma, "e non hai persoal suficiente, nin medios, porque arde por todos os lados". Luis explica como a xente "chama desesperada" porque o lume afecta bens e propiedades, cerca aldeas... mais non se pode atender todos os casos. "Veste impotente". Luis considera que agora o fulcral é acabar con esta vaga de incendios, mais aponta a que, unha vez conseguido ese obxectivo, vai haber que falar a serio de moitas cousas. "Levamos tempo con informes e estudos que nos indican que os incendios en Galiza se desestacionalizaron, que tamén pode arder en setembro, en decembro ou en febreiro". Mais, critica, "a Xunta continúa erre que erre que os incendios son cousa do verán". Iso é, considera, "non enterarse" do que pasou estes anos. E pon o exemplo deste ano, onde a pesar da alerta por seca, da persistente escasez de choivas, continuouse co operativo "de sempre". "O lume é un problema moi gordo que vai haber que abordar en serio, non valen parches", conclúe.
NOS_26267
A construtora Urban ergueu neste concello un edificio destinado a un aparthotel que rematou catalogado pola Xunta da Galiza como "aloxamento protexido", é dicir, vivendas de protección oficial. Stop-desafiuzamentos Compostela e a titular do aluguer denuncian tamén "cláusulas abusivas" no contrato.
Corría o mes de agosto de 2012 cando Marilena Calota e a súa familia --un adulto e dúas crianzas, para alén dela propia-- asinaron o contrato de aluguer dunha vivenda de protección oficial fincada no concello de Brión, na comarca de Compostela. Pasaron sete meses cando souberon que a intención da construtora, Urban, era levantar un aparthotel mais que o inmoble rematou catalogado como "aloxamento protexido". Após denunciar varias irregularidades perante a empresa, esta non ocultou a situación de ilegalidade do edificio e ofreceu un segundo piso. Tamén en Brión. Tamén de protección oficial. "Era unha vivenda con terraza, algo máis grande que a anterior e máis céntrica. Estabamos moi ben até que a propia policía municipal comezou a presionar dicíndonos que este inmoble tampouco era legal e que non nos podiamos empadroar porque os papeis do contrato non os tiñamos en regra", explica Marilena Calota en conversa con Sermos Galiza. A inquilina voltou a Urban. Tampouco desta volta a construtora ocultou as irregularidades e, alegando problemas co Concello na tramitación das correspondentes licenzas, ofreceu un terceiro inmoble. Tamén en Brión. Tamén de protección oficial. "E desta volta pensabamos que todo estaba dentro da lei até que hoxe --en referencia a esta segunda feira 17 de marzo-- fomos ao Instituto Galego de Vivenda e Solo e nos atopamos coa sorpresa". De que sorpresa fala Calota? "O noso contrato non existe. Nen este nen o anterior. Nós témolos, e todos os recibos da luz e da auga, mais en Vivenda e Solo non estamos rexistrados. Figura o primeiro aluguer e nengún máis". Con todo, a familia, que está en risco de despexo pois debe deixar a súa vivenda en abril, denuncian tamén as "cláusulas abusivas" que Urban incluíu no seu contrato de aluguer. Cláusulas abusivas Cando se mudaron do primeiro ao segundo piso, a inmobiliaria (e construtora) reclamou 1.300 euros por deixar o inmoble antes da finalización do contrato "malia que a casa era ilegal e que nós estabamos ao día con todos os recibos". Aliás, segundo relata Marilena Calota, o novo contrato estabelecía tamén que renunciaban á fianza do anterior e que debían 600 euros de luz "e non tiñamos contadores senón que era luz de obra". Para alén de todo isto, tamén se comprometeron a pagar 200€ de luz dunha débeda que deixara o inquilino anterior. Se a familia era consciente desta situación abusiva, por que asinaron o novo contrato con Urban? "Porque o asinou o meu home, que sofre unha enfermidade dexenerativa e naquela altura estaba cun brote e tiña medio corpo paralizado. Aproveitáronse diso e eu só souben o que asinara recentemente, repasando as condicións do contrato para poder reclamar", explica Calota. Só ingresan 426€ A día de hoxe, na casa desta veciña de Brión entran unicamente uns ingresos de 426 euros. O aluguer --de protección oficial-- custa 257€ mensais, aos que hai que sumar a luz e a auga. "Hai veciñanza no mesmo edificio que non está como protección autonómica e que paga menos ca nós", denuncia a muller, queixándose dos prezos elevados que estabeleceu a construtora, pois o metro cadrado sae a 462€ en Brión e lonxe de calquera servizo. "As cláusulas abusivas do primeiro contrato mantivéronse nos seguintes", subliña Pilar Gayoso, activista de Stop-desafiuzamentos en Compostela. Coñece de primeira man o caso da familia Calota e coñece tamén a inmobiliaria Urban, pois non é a primeira vez que lidan con ela. No mesmo edificio, o que ía ser un aparthotel, a plataforma cidadá presionou a empresa até que permitiu un aluguer de 230€ mensais a unha parella moza que non tiña ingresos. Que esixen desta volta? "Que os sete meses de aluguer que pagamos no edificio ilegal computen como pagados neste, ao ser a mesma inmobiliaria, para termos esa marxe de tempo para buscar outra solución e, ao tempo, que remate o curso escolar", enumera Marilena Calota. As súas crianzas estudan a primaria no colexio público de Brión. Cal é a postura da inmobiliaria, do Concello e da Xunta? En Urban "o director parapétase detrás dos traballadores" e "alega que non son unha institución pública", contan Calota e Gayoso. Stop-desafiuzamentos denuncia, aliás, que a empresa aproveite os recibos da luz ou da auga para cobrar "máis do que deben". Na Xunta, desde o Instituto Galego de Vivenda e Solo esixen unha demanda en que se especifique que unha vivenda catalogada como de protección oficial non reúne os requisitos mais, contodo, "non teñen nada lexislado para persoas que viven de aluguer e quedan sen ingresos; só para hipotecas", continua Pilar Gayoso. E, por derradeiro, desde Concello de Brión "a asistenta social díxome que hai familias que viven con menos do que eu teño e que 200€ dan para chegar a fin de mes" namentres explican que non dispoñen de pisos de protección nen en aluguer social "e axudan con espagueti, arroz e lentellas".
NOS_30266
Dous golazos de Fontás e Orellana culimaron a remontada céltica perante uns holandeses que souberon sacar petróleo dos erros dos galegos.
Era un partido que xeraba expectación, o Celta de Berizzo contra a escola holandesa do Ajax, dous estilos definidos e agradábeis á vista e sabor do fútbol. Quizáss o encontro non colmase expectativas mais si que foi intenso, por momentos eléctrico, e sempre emocionante. Adiantouse o Ajax en dúas ocasións e nas dúas o Celta foi quen de reaxer e empatar con dous soberbios golazos. Berizzo apostou nunha equipa que rachou previsións e que a máis de un lles pareceu bem arriscada para facer fronte a un clube como o Ajax. Os elestes saíron ao campo fieis á súa filosofía de posuír a bola. E tivérona, mais non tiveron a súa mellor tarde, Faltoulles claridade e meter un chisco máis de ritmo ao partido, esa velocidade que acae tan bem ao estilo que imprime Toto Berizo. O Ajax foi quen de saber aproveitar as oportunidades e así logrou meter dous goles. O Celta continúa invicto en Europa após o punto logrado contrao Ajax, que sabe mellor aínda despois do empate do Panathinaikós, e é segundo na 'liguiña' europea particular, tras os holandeses. Aspiran a todo os celestes. Cartón vermello da afección á UEFA por vetar o tríscele O veto da UEFA ao tríscele do Celta, que provoca que a equipa celeste xogue sen este símbolo na camisola nas competicións europeas, foi denunciada no partido pola afección galega. Varias peñas celtista repartiron nas previas do encontro uns 8.000 cartóns vermellos coa imaxe do símbolo celta e a lenda en castelán "Este tríscele, celta é". Ficha técnica CELTA (2): Rubén, Lemos (Orellana, min.62), Roncaglia, Fontàs, Sergi Gómez, Planas, Radoja, Pablo Hernández (Wass, min.76), Señé, Sisto, Guidetti (Rossi, min.72). AJAX (0): Onana, Veltman, Sánchez, Viergever, Sinkgraven, Klaasen, Ziyech (Bazoer, min.77), Gudelj, Traoré, Dolberg, Younes (Casierra, min.77). Goles: Ziyech, min.21, 0-1; Fontàs, min.30, 1-1; Younes, min.71, 1-2; Orellana, min.82, 2-2. Árbitro: Iván Kruzliak, de Eslovenia. Amonestou a Sánchez, Gudelj, Veltman (Ajax); Planas (Celta). Imaxe cartón co tríscele: @moiceleste
NOS_27614
Será en Pontevedra e nela a 'Irmandiña' feminina defenderá o título conquistado en Bretaña e a masculina aspirar a todo.
Pontevedra acollerá este verán o Campionato europeo de seleccións de fútbol gaélico, unha cita que decorrerá do 17 a 19 de xullo e no que se enfrontarán diversos equipos nacionais, entre eles, a anfitrioa, Galiza. A Asociación galega de fútbol gaélico indica que "este evento suporá o seguinte gran evento dentro do fútbol gaélico europeo, logo da celebración do Mundial 2019 en Irlanda, o cal supón un reto maiúsculo que viría a afianzar a nosa posición coma unha das potencias europeas de fútbol gaélico. Albergando a edición 2020 do Campionato Europeo, a nosa Asociación pretende continuar a senda da expansión do fútbol gaélico na nosa Terra". Na Euro2018, que se disputou en Bretaña, A selección feminina proclamouse campioa após se impoñer na final a Francia. A selección masculina perdeu na final contra Francia (15-10).
NOS_46835
O presidente Evo Morales anunciou a nacionalización das accións que Red Eléctrica Internacional posúe na empresa boliviana Transportadora de Electricidad, e deixou claro que "antes xa eran nosas"
O presidente de Bolivia, Evo Morales, vén de nacionalizar as accións que Red Eléctrica Internacional, filial de Red Eléctrica Española, posúe na empresa Transportadora de Electricidad (TDE), e ordenou ao comandante en xefe das Forzas Armadas, Tito Gandarillas, que "tome as instalacións da administración e a operación" da empresa en Cochabamba. Red Eléctrica Internacional adquiriu en 2002 o 99,94% das accións da empresa boliviana TDE, propietaria e operadora do Sistema Interconectado Nacional boliviano (SIN), que atende o 85% do mercado nacional. Morales informou de que o seu Goberno asume esa decisión coma un xusto recoñecemento ás traballadoras, aos traballadores e ao pobo boliviano, que "loitou pola recuperación dos Recursos Naturais e dos servizos básicos", según declaracioóns recollidas pola oficial Agencia Boliviana de Información (ABI). O presidente de Bolivia explicou que o decreto ten por obxecto nacionalizar en favor da Empresa Nacional de Electricidad de Bolivia (ENDE) o paquete de accións que posue a Sociedad Red Eléctrica Internacional na Transportadora de Electricidad e as accións propiedade de terceiros procedentes desa sociedade. O Decreto Supremo 1214, polo que se ratifica a expropiación, di: "Nacionalízase a totalidade das accións que conforman o paquete que posúe a sociedade Red Eléctrica Internacional SAU, debéndose transferir, rexistrar as accións en favor do Estado Plurinacional de Bolivia baixo a titularidade da Empresa Nacional de Electricidad de Bolivia (ENDE)". Morales incidiu en que a decisión correspóndese co marco xeral da política do seu Goberno, dirixido a "recuperar o control, administración e dirección das empresas estratéxicas. É dicir, para aclaración ante a opinión pública nacional e internacional, esta empresa antes era nosa e o que era noso agora estamos a nacionalizalo".
PRAZA_265
Falamos con Carmen Pérez Casas, de Unitaid, entidade que dende Suíza traballa -en colaboración coa OMS- polo acceso de todos os habitantes do planeta aos medicamentos esenciais. Xenéricos, licencias obrigatorias, presión para a redución do prezo fixado polas farmacéuticas..., vías posibles.
O caso do Sovaldi, un tratamento para a Hepatite C que pode salvar a vida de milleiros de persoas só en España e cuxa distribución é limitada polo Goberno polo seu elevado prezo, puxo enriba da mesa o desorbitado custe dalgúns tratamentos e o beneficio xerado para os laboratorios que gozan do seu monopolio e patente. Detrás das cifras millonarias que move esta industria (o laboratorio californiano Gilead, fabricante de Sovaldi, vende este tratamento por 72.000 euros por persoa) e dos debates sobre a propiedade intelectual ou a liberdade de mercado, debemos reflexionar sobre a concepción da saúde como negocio ou como dereito e sobre os estarrecedores datos que amosan que miles de millóns de persoas non poden acceder a medicamentos esenciais. Os datos da OMS alertan de que máis de 2.400 millóns de persoas, máis dun terzo da poboación mundial, non poden acceder a unha lista de 300 medicamentos esenciais para a supervivencia Unitaid é unha organización internacional con sede en Suíza, que traballa en colaboración coa OMS promovendo o acceso ao tratamento de enfermidades coma a sida, a malaria ou a tuberculose en poboacións de países en vías de desenvolvemento. Un dos obxectivos principais da organización é a negociación de prezos baixos para os medicamentos. Os datos da OMS alertan de que máis de 2.400 millóns de persoas, máis dun terzo da poboación mundial, non poden acceder a unha lista de 300 medicamentos esenciais para a supervivencia. Outros informes falan de que o negocio do medicamento, controlado nun 85% por unha media ducia de grandes empresas, move cada ano 446 mil millóns de dólares. Carmen Pérez Casas, con anos de experiencia nesta e noutras organizacións que traballan para o acceso a medicamentos, explica que nesta lista só se teñen en conta os tratamentos máis básicos: "se se engadisen os tratamentos optimizados, e algúns fármacos máis caros, cunha distribución aínda máis limitada, a proporción de seres humanos que quedan excluídos deles sería moito maior". "Nos anos 2000 houbo que loitar moito para que á hora de elaborar esta lista se tivesen en conta sobre todo os criterios clínicos, sen valorar o seu prezo, evitando así o que sucedeu cos primeiros antirretrovirais, que non se incorporaban á lista polo seu elevado custe, a pesar de que eran fundamentais para salvar milleiros de vidas", di. Tres grandes obstáculos ao acceso universal "Hai ocasións en que a xente non pode acceder ao tratamento que necesita, porque directamente non existe, non se investiga porque a enfermidade foi erradicada dos países do primeiro mundo" Pérez Casas destaca que "hai tres grandes obstáculos que bloquean o acceso a medicamentos esenciais". Nalgúns casos o problema non é o prezo; hai tratamentos moi baratos, creados hai xa moitos anos e que son fabricados por moitos produtores e que non chegan pola inexistencia ou mal funcionamento dos sistemas de saúde en moitos países, sobre todo de África. En segundo lugar, hai ocasións en que a xente non pode acceder ao tratamento que necesita, porque directamente non existe, porque non se investiga. En moitos casos non se investiga porque a enfermidade foi erradicada dos países do primeiro mundo ou non ten unha grande incidencia neles e só afecta aos países máis pobres. A traballadora de Unitaid mesmo sinala que dentro dunha mesma enfermidade, coma a SIDA, hai I+D nos tratamentos para adultos, porque hai milleiros de contaxiados e contaxiadas nos países desenvolvidos, pero non hai investigación para a SIDA infantil, que segue a ser un enorme problema no terceiro mundo, pero que case non existe no primeiro. "O pasado ano en España só houbo un caso de transmisión nai-fillo do virus, e só porque foi un caso puntual dunha muller inmigrante que chegou no final do seu embarazo e non se lle puido facer un seguimento durante a xestación", explica. "A SIDA pediátrica é unha enfermidade esquecida, ao non ter clientes potenciais nos mercados, como tamén o son a enfermidade do sono, a úlcera de Buruli, a leishmaniasis visceral", di. "Hai unha gran parte de medicamentos desa lista aos que non se ten acceso por mor do seu elevado custe. Todo o ditan os mercados e a posibilidade dun beneficio económico" "Pero hai unha gran parte de medicamentos desa lista aos que non se ten acceso por mor do seu elevado custe" -subliña- "Todo o ditan os mercados e a posibilidade dun beneficio económico". E nesa loita é onde se enmarca boa parte do traballo de Unitaid. Xenéricos: as armas para a redución de prezos "A produción e competencia con xenéricos demostrou ser o mellor motor de redución de prezos" "A produción e competencia con xenéricos demostrou ser o mellor motor de redución de prezos", destaca Carmen Pérez Casas, que salienta sobre todo o efecto que tivo a produción de antirretrovirais na India para forzar aos laboratorios europeos e estadounidenses a recortar o prezo de venda dos tratamentos para a SIDA dende os 15 mil dólares por persoa e ano ata os 112 dólares. Porén, a xeneralización das patentes farmacéuticas a partir dos anos noventa dificultou este proceso. Ata o ano 1994 non había unha obriga a nivel internacional de outorgar patentes para un fármaco, é dicir, monopolios para a sua distribución. "Cada país facíao dunha maneira" -explica Carmen Pérez Casas- "Por exemplo en España só se protexían os procesos de fabricación, non o resultado: Se unha empresa era quen de chegar ao mesmo produto a través doutro proceso, podía copialo. Esa é a razón de que en España teñamos unha industria farmacéutica bastante forte". Nese momento, a Organización Mundial do Comercio (OMC) fixou uns criterios unitarios para todos os países (a mesma fórmula de recoñecementos de patentes, a mesma duración: 20 anos...). A OMC aprobou un calendario escalonado de entrada en vigor das disposicións sobre patentes, e a India non tivo que facelo ata o 2005. "Grazas a iso a India puido producir como xenérico moitos dos antirretrovirais, porque non tiñan patente. A partir dese momento a cousa complicouse, porque a India tivo que comezar a outorgar patentes, e houbo que buscar outras fórmulas e alternativas para poder producir medicamentos máis baratos", explica Pérez Casas. "Brasil conseguiu unha redución de prezos só con ameazar con emitir unha licenza obrigatoria", o mesmo que conseguiu Estados Unidos con Bayer e o seu tratamento contra o ántrax Aí é onde entran fórmulas coma as licenzas obrigatorias, como destacaba hai unhas semanas Xosé María Torres, de Farmamundi, lembrando que se trata dunha decisión absolutamento legal e previsto pola propia OMS e a lexislación española: "As licencias obrigatorias son un mecanismo contemplado no artigo 31 do Acordo para os Dereitos da Propiedade Intelectual relacionada co comercio (TRIPS), que é un dos convenios fundacionais da OMC. Está tamén regulado pola lei española de patentes, que aclara que debe facerse por Real Decreto e delimita dous campos de xeito preciso: a saúde pública e a defensa nacional". Ao igual que facía Xosé María Torres, Carmen Pérez Casas enumera ducias de casos recentes nos que varios países, dende Brasil aos Estados Unidos, pasando por Indonesia, fixeron uso destas licenzas obrigatorias para garantir que un medicamento puidese chegar aos seus habitantes. Pérez Casas sinala que moitas destas licenzas correspondías a tratamentos contra a SIDA, en países nos que "a presión cidadá forzou a aprobación desas licenzas obrigatorias, para producir ou importar antirretrovirais dende a India". "Brasil conseguiu unha redución de prezos só con ameazar con emitir unha licenza obrigatoria", engade, o mesmo que conseguiu Estados Unidos con Bayer e o seu tratamento contra o ántrax. "Abaratar os fármacos é posible se hai vontade política por parte dos gobernos", di. Na súa Lei de Patentes de 2005 a India introduce unha serie de salvagardas para impedir que as farmacéuticas abusen do sistema de patentes Outras alternativas pasan por facer unha lectura diferente e máis esixente das normas relacionadas con patentes. Na súa Lei de Patentes de 2005 a India introduce unha serie de salvagardas para impedir que as farmacéuticas abusen do sistema de patentes. "A India reservouse esa posibilidade de comprobar as patentes, que deben garantir que son unha innovación terapéutica", explica Carmen Pérez Casas. Foi o que sucedeu con Sovaldi, cuxa patente foi denegada pola India, que determinou que o fármaco "non era suficientemente innovador como para ser merecedor de 20 anos de monopolio no mercado", o que permitiría producilo e vendelo cun prezo 40 veces inferior ao ofrecido por Gilead, mais só nos países de rendas baixas. A visita que recentemente realizou o presidente Obama á India tivo a Lei de Patentes como un dos seus puntos de maior tensión Na lei india inclúese unha cláusula, coñecida como Sección 3(d), que impide que se patenten as modificacións de medicamentos xa existentes, unha práctica coñecida como "reverdecemento de patente" cuxo obxectivo é estender os monopolios. En 2013 o Tribunal Supremo indio rexeitou a demanda de Novartis, tras sete anos de batalla legal, permitindo que a India puidese seguir producindo e distribuíndo moitos fármacos xenéricos. A visita que recentemente realizou o presidente Obama á India tivo a Lei de Patentes como un dos seus puntos de maior tensión, en resposta aos prexuízos que varias farmacéuticas estadounidenses denuncian pola aplicación da norma. Outra fórmula posible é a das licenzas voluntarias, aquelas ocasións nas que as compañías propietarias das licenzas chegan de forma voluntaria a un acordo coas empresas produtoras de xenéricos para que as primeiras lles concedan a autorización para producir un fármaco, pagando uns determinados royalties. Mesmo existen organismos, coma o Medicines Patent Pool, que tenta facer de intermediario nestas operacións, promovéndoas como fórmulas para abaratar os prezos e facilitar o acceso universal. Os custes da investigación "O sistema de patentes creouse para fomentar o desenvolvemento científico e creativo. Non se creou para premiar economicamente calquera produto industrial, senón só aqueles que fosen resultado dunha innovación real, e que fosen novidosos" Os custes de produción dun tratamento médico, dos seus compoñentes, fabricación e embalaxe rara vez son superiores aos 200 dólares por persoa e ano. Porén, un dos argumentos habitualmente empregados polas grandes farmacéuticas para xustificar o elevado prezo dalgúns tratamentos é o tamén elevado custe das investigacións (nalgúns casos de varios anos de duración) necesarias para dar cun determinado medicamento. "Hai que retribuír a investigación, por suposto", indica Carmen Pérez Casas, pero lembra que hai que ler con cautela as cifras ofrecidas polos propios laboratorios, como xa fixo algún estudo recente. "Sempre citan cifras disparatadas á hora de cuantificar o custe da investigacións dun fármaco, varios centos de millóns de dólares por ano. Son cifras moi opacas, inclúen todos os riscos que unha empresa pode correr, coma os riscos de descapitalización, as taxas de cambio e tamén suman o custe de todas as investigacións iniciadas e fracasadas", explica. "Se traducísemos o que implica en número de mortes cada mes máis e cada ano máis de monopolio nun determinado tratamento, teríamos cifras escandalosas. E poderíamos facelo agora, co tratamento para a hepatite C" En calquera caso, Carmen Pérez Casas fai fincapé en que "o sistema de patentes creouse para fomentar o desenvolvemento científico e creativo. Protexe o creador para que poida publicar sen risco a súa investigación, para que outros creadores poidan traballar sobre ela e a partir de aí poidan chegar a outras invencións. Non se creou para premiar economicamente calquera produto industrial, senón só aqueles que fosen resultado dunha innovación real, e que fosen novidosos". E destaca que "os gobernos con potencial económico suficiente e a comunidade internacional deberían poder atopar outras formas de premiar a investigación para medicamentos esenciais, que permitan desligar o custe de investigación do prezo final do medicamento para os pacientes". De igual xeito, salienta que, saíndo desa cuantificación económica, "se traducísemos o que implica en número de mortes cada mes máis e cada ano máis de monopolio nun determinado tratamento, teríamos cifras escandalosas. E poderíamos facelo agora, co tratamento para a hepatite C". "Non sei se alguén está contando en España o número de mortes que se poderían estar evitando, pero sería interesante sabelo", conclúe.
PRAZA_13109
Galicia precisa de políticas de futuro nas que a produtividade sexa unha prioridade ante unha recesión prognosticada para este ano, que non é so un número frío tras unhas iniciais chamadas PIB, senón que son augurios de dramas persoais, depresións vitais e fracasos empresariais, que probablemente nunca terían acontecido nun contexto non tan maleable. Parabéns pois ao presidente galego por este logro que apunta no seu "debe", aínda que a día de hoxe pesa moito máis o que a súa administración ten no seu "haber"
A grandeza dun político debe partir tamén, do recoñecemento daquelas achegas á nosa sociedade, que axuden a aclarar un pouco ese solpor existencial no que semella perpetuarse a nosa Galicia dun tempo a esta parte. Un sector estratéxico para Galicia que en tres anos pasou de dez mil traballadores a pouco menos do millar, é sintomático da desesperación de comarcas industriais clave en Galicia Nunha terra cuxo tecido industrial esmorece baixo unha crise sistémica nunca antes coñecida, a noticia do acordo firmado coa empresa mexicana Pemex para dotar de carga de traballo aos nosos estaleiros, é aire fresco que entra directamente en pulmóns carcomidos polo cancro do paro e a desesperación. Unha excelente nova froito das negociacións dun Presidente da Xunta, superado en moitas circunstancias polos efectos devastadores de aquilo que non pode controlar, e demasiadas veces deixado aos pés do carro dun executivo galego que non está á altura das circunstancias. Un sector estratéxico para Galicia que en tres anos pasou de dez mil traballadores a pouco menos do millar, é sintomático da desesperación de comarcas industriais clave en Galicia, ao ver que tras as cifras infernais de paro que medran exponencialmente, hai traxedias humanas e viraxes nas vidas dos sempre sufridos galegos. Hoxe en día as empresas galegas miran cara o mercado latinoamericano, como a derradeira táboa de salvación nun país no que 300.000 persoas non teñen traballo, e no que a esperanza empeza a ser xa un termo so coñecido polos libros de historia e a literatura máis cutre de ciencia ficción. Unha excelente nova froito das negociacións dun Presidente da Xunta, superado en moitas circunstancias polos efectos devastadores de aquilo que non pode controlar Na realidade das obsesións polo control do déficit, os recortes e a destrución programada de parte substancial do chamado "estado do benestar", o ideal sería que ese grande logro para os nosos estaleiros fose contaxioso para os case finiquitados sectores gandeiro, leiteiro, metalúrxico, ou en gran medida o propio téxtil, á marxe do imperio de Arteixo. Galicia precisa de políticas de futuro nas que a produtividade sexa unha prioridade ante unha recesión prognosticada para este ano, que non é so un número frío tras unhas iniciais chamadas PIB, senón que son augurios de dramas persoais, depresións vitais e fracasos empresariais, que probablemente nunca terían acontecido nun contexto non tan maleable. Parabéns pois ao presidente galego por este logro que apunta no seu "debe", aínda que a día de hoxe pesa moito máis o que a súa administración ten no seu "haber" Parabéns pois ao presidente galego por este logro que apunta no seu "debe", aínda que a día de hoxe pesa moito máis o que a súa administración ten no seu "haber", e co desexo de que determinados silencios da oposición cando as novas son boas, non sexan máis que prudencia na análise, revestida en outras ocasións de precipitación na crítica partidaria. Ou non?
NOS_53670
Na sesión tamén se abordará os modelos de residencias e de instalacións de parques eólicos do Goberno galego.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido Socialista da Galiza (PSdeG) levarán ao pleno da vindeira semana as investigacións de abusos no seo da Igrexa española, co obxectivo de que o Partido Popular (PP) e a Xunta fagan pública a súa postura. A oposición dá este paso despois de que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, dubidase da constitución dunha comisión de investigación no Congreso por "non incluir" outras institucións ademais da Igrexa. O BNG foi o primeiro en rexistrar iniciativas neste sentido. A formación introduciu unha proposición non de lei para que se leve a cabo un pronunciamento de "condena rotunda" sobre uns "feitos gravísimos" que foron "silenciados" e ficaron sen investigar durante anos "no Estado español". A viceportavoz do Bloque, Olalla Rodil, pediulle a Feixoo que "deixe de facer o ridículo, que pare xa e que se poña do lado das vítimas". Pregunta urxente Pola súa parte, o portavoz dos socialistas, Luis Álvarez, informou de que o seu partido político introduciu unha pregunta urxente para coñecer a postura do Goberno galego. Na pregunta tamén se incide en se a Xunta cre que a Valedora do Pobo debería actuar no relacionado cos abusos a menores. Para Álvarez, "non se trata de facer unha causa xeral contra a Igrexa, senón de esclarecer e acompañar ás vítimas". Outras cuestións Asemade, na sesión plenaria da vindeira semana, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, interpelará polo modelo de residencias da Xunta. O BNG presentou na segunda feira unha proposición de lei neste sentido. O PSdeG tamén preguntará a Feixoo pola política do Goberno galego de instalación de parques eólicos.
NOS_48107
Todo o que precisas saber sobre o calendario do curso 2022-23, a matrícula e a supresión dos exames de setembro.
Dúas leis paralelas Os currículos, sen publicar Fin dos exames de setembro Sistema centralizado de FP básica Matrícula adiantada na EOI Inicio o 8 de setembro A Consellaría de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de trasladar aos centros educativos as instrucións de cara ao final do presente curso e o inicio do vindeiro, o 2022/23, co obxectivo de "facilitar ao máximo a organización e planificación lectiva" por parte das direccións. Dúas leis paralelas Segundo informa a Xunta, trátase de dar "seguridade xurídica" aos colexios e institutos e "certezas" ás familias do alumnado, posto que no próximo ano académico estarán en vigor de maneira simultánea dúas leis educativas: a nova Lomloe, para os cursos impares, e a Lomce, para os pares. Neste contexto, o profesorado, a través da plataforma informática interna creada para tal fin, xa ten acceso ao currículo para a elaboración das programacións didácticas dos cursos impares antes de que se aproben os currículos. Os libros de texto renovaranse este curso Os currículos, sen publicar A pasada semana o Goberno galego abordou cos sindicatos —CIG, ANPE, UXT E CCOO— en mesa sectorial os borradores dos decretos que fixan os currículos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato para o curso 2022/23 na Galiza, que aínda deben ser aprobados e publicados. Ante este panorama, a Consellaría lamenta "o atraso" do Goberno estatal na publicación do seu parte dos currículos, o que leva a que "non estean publicados os textos definitivos" antes do arrranque das clases. Fin dos exames de setembro Entre as novidades que inclúe a planificación está a redistribución das datas de probas e períodos de matrícula, após a eliminación das probas extraordinarias de setembro coa nova lei educativa. Sistema centralizado de FP básica No que atinxe a Formación Profesional (FP), os graos básicos terán un sistema centralizado de matrícula que, segundo destaca a Consellaría, "favorece ás familias e ao alumnado" que opta por esta modalidade. Así, no caso das e dos estudantes que finalicen a ESO e queiran optar á FP básica, serán os propios centros de orixe os encargados de tramitar a documentación e as solicitudes de praza no ciclo que queiran. O novo currículo da ESO recorta unha hora á lingua galega Matrícula adiantada na EOI Do mesmo modo, para a Escola Oficial de Idiomas (EOI) a Xunta decidiu adiantar aos meses de xuño e xullo o proceso de matrícula, que até o de agora se desenvolvía en setembro. A preinscrición nestes centros para o alumnado que entren por vez primeira será entre o 27 e o 10 de xuño. No que se refire ao período de matrícula, as e os estudantes que aproben en convocatoria común deberán formalizala entre o 20 e o 30 de xuño; os que o fagan na extraordinaria, do 1 a 7 de xullo, e para o resto —incluídos os que entran por primeira vez, tras a preinscrición— será do 1 a 20 de xullo. Aliás, as probas extraordinarias de setembro pasan a xuño e, neste curso, decorrerán a partir do día 20 deste mes. Ensino: novidades, estrutura e contidos dos novos decretos da Xunta Inicio o 8 de setembro Por outra parte, a Consellaría informa de que esta quinta feira o Diario Oficial da Galiza (DOG) publicará o calendario escolar para o curso 2022-23, que non contén novidades a respecto da proposta elevada á mesa sectorial docente a pesar das críticas dos sindicatos, que pedían atrasar o arranque. Así pois, o curso comezará o 8 de setembro para todas as etapas educativas, incluídas as de Secundaria, Bacharelato e Ensino de Réxime Especial.
NOS_36924
Proxectarase esta segunda feira en Compostela tras o seu exitoso paso por diferentes festivais de cinema.
O cineasta Fon Cortizo (Vigo, 1978) presenta o seu premiado filme 9 fugas na sala Numax de Compostela, esta segunda feira (19.35 horas), 14 de marzo. Así, esta obra chega a pantalla grande, a través do ciclo 'Os ollos verdes', após o seu exitoso paso por festivais, como o premio a mellor film que gañou na sección Retueyos do Festival de Xixón. Tamén foi galardoada co León de Ouro ao Mellor filme do certame, Mellor longametraxe iberoamericana e Mellor dirección no Festival Internacional de Cine Iberoamericano de Caracas, en Venezuela. Os filmes galegos seguen a recibir premios internacionais 9 Fugas, gravada en galego, parte da banda sonora creada por unha orquestra de improvisación dirixida da que xurdiron a historia e as imaxes. O filme estrutúrase en 9 capítulos que son vasos comunicantes a través dos que flúe un relato. A música corre a conta da Orquestra Fugaz de Improvisación. A repartición está formado por: María Roja, Olga Cameselle, Lola Quirós, Alfredo Rodríguez, Paco Barreiro, Areto Bolado, Ailén Kendelman, Marta Pérez ou Helena Varela. Neste pase único en Numax estará o propio director e haberá un coloquio posterior. Fon Cortizo é un guionista e cineasta que se estrea na longametraxe con 9 fugas. Graduado en Comunicación Audiovisual, Cortizo comezou a traballar como cámara de televisión. Desde 2007 desenvolveu proxectos para televisión como director de fotografía, realizador e director. Inquietante quebracabezas Entre os seus traballos como director destacan o documental Contrafacer, estreado en Visions du Réel en 2015, e a curta Aysha, estreada no Play-Doc en 2017 e premiada á mellor curtametraxe galega e mellor guión en Curtocircuíto.
NOS_14307
Traballaba do seu no Grove cando afundiu o petroleiro. A súa vida mudou meses enteiros e tardou anos en recuperar unha parte da normalidade de antes do Prestige. Para ela a sentenza do xuízo que ten lugar na Coruña debería protexer as nosas costas.
Como lembra aqueles días de novembro de 2002? Foi terrorífico. Estabamos nun momento economicamente bo cando chegou a marea negra ás praias. Coa directiva da confraría estivemos tres meses traballando arreo todos os días. Poñéndolle comida á xente... e menos mal que viñeron na nosa axuda de todas partes do Estado español. Parecía un grande hotel! Limpabamos as botas, roupa e todo o material que empregaban os voluntarios ao día seguinte. A nivel económico foi moi difícil recuperarnos. Tardamos moitos anos e agora coa crise... Cando se activou a resposta ao que pasaba? Comezamos mesmo en novembro, ao día seguinte mesmo. Os mariñeiros que tiñan barco foron a alta mar co que podían: con nasas, con palas... Inventáronse moitas ferramentas. Os do mexillón fixeron un labor moi grande. Os traballos continuaron en decembro, xaneiro, febreiro,... A marea chegou a San Vicente, onde esta a batería de costa, á Lanzada e ás praias que estaban na boca da Ría. "As autoridades naquel momento andaban perdidas. Non estaban nin se lles agardaba" Todo autorganizándose, sen apareceren as autoridades... Claro. Nós a nivel confraría e eles a través da súa asociación. As autoridades naquel momento andaban perdidas. Non estaban nin se lles agardaba. Viñeron moito despois con subministración. Ao principio non había organización. Chegaban os barcos cargados de chapapote e non tiñan nin colectores onde o botar. Os mariñeiros tiveron que saír á entrada da Ría. Imaxina se chega todo ese chapapote ás praias! As perdas foron importantes? Víronse co tempo. Un ano non houbo desova e non había marisco nas praias. Comezou a normalizarse cinco anos despois. Que agarda do xuízo do Prestige? Para min, supoño que tamén para todo o mundo, tería que se pagar o dano causado. Que houbese xustiza. Non vai ser así posto que é impagábel. Ademais gustaríame que saíse unha lei que prohibise navegar estes barcos perto da costa, que nos protexese. Foi o Prestige mais ninguén nos di que dentro de pouco non haxa outro igual. Que a sentenza servise para protexer as nosas costas, para que non pasase algo semellante no futuro.
NOS_49223
Desde hoxe e até comezos de ano pódese visitar no Vello Cárcere de Lugo a exposición 'Fuxan os Ventos. 50 anos de historia', que recolle unha ampla variedade de documentos da longa historia do grupo.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou a mostra 'Fuxan os Ventos. 50 anos de historia' esta mañá nun acto no que tamén estivo presente o tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e que contou coas intervencións do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación do Consello da Cultura Galega, Sabela Fraga, comisaria da exposición e de integrantes de Fuxan os Ventos. Ferreiro destacou que "Fuxan os Ventos é un dos grupos musicais galegos máis importantes nas últimas décadas", e engadiu que "para o Concello de Lugo é unha honra acoller a exposición do 50 aniversario desta agrupación despois de acoller tamén o seu nacemento no ano 1972". Pezas inéditas para un percorrido cronolóxico Até o 22 de xaneiro de 2023 poderán visitarse de balde as fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos que compoñen a exposición co ánimo de penetrar o visitante na cronoloxía e no universo creativo dunha das formacións máis emblemáticas da música galega. Pedro Lucas e Tereixa Novo: "Fuxan os Ventos foi, é e seguirá sendo historia musical da Galiza e parte de moitas xeracións" Fuxan os Ventos naceu no ano 1972 a partir da unión dun grupo de rapaces e rapazas que cantaban no coro do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. Após gañaren o primeiro premio no III Festival Musical das San Lucas de Mondoñedo co tema 'Fuxan os Ventos' deixaron atrás o seu primeiro nome, Folk72. Entre o ano 1976 e o 2009 lanzaron un total de 10 álbums, Fuxan os ventos (1976), O tequeletequele (1977), Galicia canta ó neno (1978), Sementeira (1978), Quen a soubera cantar (1981), Noutrora (1984), O mellor (1987), Sempre máis e mellor (1999), Na memoria dos tempos (2002) e Terra de soños (2009). Valedores da lingua galega A agrupación chegou a ter máis de 30 integrantes, mais na actualidade está formada por Antón Castro á zanfona, mandolina e voz, Xosé Vázquez á percusión e voz, Pedro Lucas na gaita, frautas e voz, Xoán Fuentes Saavedra no violín, guitarra, bouzuki e voz, Moncho Díaz na guitarra, frautas e voz, ademais das voces de Carmen Vázquez, Tareixa Novo, Maruxa Fociños e Alfonso Fernández. Entre os seus antigos membros destacan Xosé Luís Rivas, Mini, e Baldomero Iglesias, Mero. Fuxan os Ventos tivo durante toda a súa carreira un alto compromiso social, chegando a toda a sociedade galega con mensaxes comprometidas coas distintas problemáticas das galegas e galegos, apostando tamén pola lingua galega. Unha exposición celebra os cincuenta anos de traxectoria de Fuxan os Ventos Neste sentido, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recalcou a importancia da agrupación "na dignificación da lingua galega, que empregaron sistematicamente nas súas composicións", uns temas "que foron tremendamente exitosos, até o punto de que toda unha xeración os coñecía e os repetía en encontros, excursións e festas". O acto estivo amenizado por unha actuación da propia agrupación musical.
PRAZA_21065
Na última semana detectáronse ao redor de 900 novos positivos cada día, aínda tres veces máis que antes do Nadal. A incidencia descende na maior parte de Galicia, pero máis de 50 concellos teñen hoxe máis casos que o pasado domingo. O número de camas ocupadas nos hospitais descende, pero as UCI seguen en máximos.
A terceira onda da pandemia de COVID continúa a reducir, de vagar, a súa incidencia en Galicia. Este domingo a Consellería de Sanidade notifica 833 novos casos de coronavirus, 819 diagnosticados por proba PCR nas últimas 24 horas. A cifra é inferior á do pasado domingo (963), o que permite continuar reducindo os indicadores de incidencia. Na última semana detectáronse ao redor de 900 novos positivos cada día, aínda tres veces máis que antes do NadalA media diaria de casos diagnosticados na última semana baixa de 900 por primeira vez dende o pasado 17 de xaneiro. Con todo, estas cifras deberán descender aínda moito máis antes de que as restricións poidan ser relaxadas. Antes da Noiteboa detectábanse en Galicia ao redor de 300 casos ao día e, de feito, estamos aínda lonxe do nivel que supuxo o peor momento da segunda onda, cando a media diaria de novos casos superaba por pouco os 650.Continúa incrementándose a cifra de persoas falecidas por mor da Covid-19. Este domingo son 16 máis, o que eleva a 1.950 a conta total dende o inicio da pandemiaA mellora prodúcese en case toda Galicia, segundo amosan as cifras de incidencia de cada concello. Porén, aínda que xa se está producindo un descenso no número total de persoas con COVID ingresadas nos hospitais galegos, nas UCI a situación mantense en niveis semellantes aos da pasada semana. Aínda que semella que de momento non haberá que recorrer aos hospitais de campaña, o sistema sanitario galego podería atoparse en dificultades no caso de producirse unha nova escalada de contaxios.Tamén continúa incrementándose a cifra de persoas falecidas por mor da Covid-19. Este domingo son 16 máis, o que eleva a 1.950 a conta total dende o inicio da pandemia. Nas últimas dúas semanas foron 318 as mortes. Destaca a elevada mortalidade que se está a producir na área sanitaria da Coruña, con 163 defuncións só dende o 1 de xaneiro.Segue a descender o número de casos activos nas residencia de maioresHai boas novas, en cambio, nas residencias de maiores, que sufriron a terceira onda en menor medida que as anteriores. O número de casos activos nestas instalacións é de 410 entre as persoas usuarias e 210 entre o persoal, en claro descenso dende as cifras do sábado (448 e 218). A Residencia DomusVi Carballo, a Residencia DomusVi Laraxe, a Residencia Mi casa Ferrol e a Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria) rexistran nestes momento os gromos de maior importancia.A taxa de positividade tamén continúa baixando e chega ao 7,07%A taxa de positividade tamén continúa descendendo e chega ao 7,07% na súa media dos últimos sete días, fronte ao case 11% que se rexistraba hai dúas semanas. A área sanitaria de Pontevedra é a que rexistra unha maior porcentaxe de probas positivas (10,7%), mentres que as restantes áreas xa baixan todas do 10%. Santiago sitúase mesmo por debaixo do 5% e Lugo e Vigo por debaixo do 7%.O número de probas de detección realizadas cada día continúa a ser alto, con 11.893 probas PCR engadidas este sábado. A media diaria da última semana (12.420) mantense próxima aos niveis máis altos acadados ata o momento.O Grove, O Carballiño, Marín, Castroverde, Arzúa, Guitiriz, Ordes, Soutomaior, Cangas, Pontevedra, Cabanas ou Vilagarcía de Arousa aumentaron os seus positivos na última semanaNos últimos sete días o número de casos activos descendeu en máis da metade dos concellos do país (169), manténdose estable en 86 e incrementándose en 58. Son cifras que amosan a mellora xeral da situación, pero nas que chama a atención o empeoramento que continúan a experimentar amplas zonas do país, destacando o aumento de positivos no Grove, O Carballiño, Marín, Castroverde, Arzúa, Guitiriz, Ordes, Soutomaior, Cangas, Pontevedra, Cabanas ou Vilagarcía de Arousa.Moeche segue a ser o concello que presenta unha maio incidencia acumulada e, en total, hai 50 localidades que presentan unha incidencia acumulada nos últimos 14 días superior aos 1000 casos por cada 100.000 habitantes. Pola contra, hai 15 concellos que nas últimas dúas semanas non rexistraron ningún novo positivo.Entre as localidades de máis de 10.000 habitantes, destaca a negativa situación de Poio (IA de 1.763), Betanzos (1.532), Arteixo (1.304), Vilalba (1.278) e Ordes (1.149).No que atinxe ás sete cidades, A Coruña, Ourense, Santiago e Vigo manteñen unha tendencia á baixa no número de casos activos, mentres que Pontevedra, Ferrol e Lugo están estables.A mellora nos hospitais prodúcese nas unidades convencionais, pero non nas UCI, que se manteñen en cifras máximas de camas ocupadasFinalmente, nos hospitais mantense a situación dos últimos días, cun descenso no número total de persoas con COVID ingresadas (1.274, fronte ás 1.283 de onte ou as 1.452 do pasado luns). Porén, esta mellora prodúcese nas unidades convencionais, pero non nas UCI, que se manteñen en cifras máximas de camas ocupadas. Este domingo son 248, unha máis que onte e moi preto do récord acadado o pasado martes (253).Por áreas sanitarias, A Coruña e Ferrol si amosan unha tendencia á baixa, fronte aos ascensos de Ourense e Vigo. Cómpre ter en conta que a área viguesa, ao igual que a de Lugo, están a recibir algúns pacientes de áreas máis saturadas.
NOS_57305
A diferenza de salario entre mulleres e homes en Europa segue a ser un grave problema sen solucionar. A Comisión Europea debateu e vén de aprobar por ampla maioría a adopción dunha estratexia que será vinculante para os Estados membros. Na Galiza os sindicatos aplauden a iniciativa mais son escépticos coa súa implementación.
A urxencia polo incremento continuado da fenda salarial peta na porta da Unión Europea. Esta pasada quinta feira 30 de xaneiro o Pleno do Parlamento Europeo aprobou unha resolución que dá luz verde a unha estratexia sobre este tema que incluirá medidas vinculantes para os Estados membros. A iniciativa parte da Comisión Europea e contou con 493 votos a favor, 82 en contra e 79 abstencións. Na resolución final ínstase a estabelecer mecanismos de control para favorecer a transparencia na fixación dos soldos que obrigaría por igual os sectores públicos e privados. Desta maneira o executivo comunitario amósase partidario de que se revise o plan de acción para a fenda salarial e pon como data o mes de marzo para presentalo. Máis igualdade nos salarios e nas pensións No debate previo sobre a fenda salarial no Parlamento Europeo, realizado hai unhas semanas, sinaláronse as principais razóns que posibilitan esta situación. Segundo o informe presentado pola Comisión Europea existe unha segregación sectorial a partir dunha excesiva representación das mulleres en sectores con salarios relativamente baixos en proporción aos homes que traballan en sectores mellor remunerados. Tamén inflúe que as mulleres empreguen máis horas en traballos non remunerados que os homes e a súa pouca presenza nos niveis de xerarquía. Alertan dun dato preocupante que non debería acontecer: seguen os casos en que as mulleres gañan menos que os homes por realizar traballos de igual valor malia estar consagrado o seu control nos tratados europeos. Entre as medidas propostas que figurarán na estratexia contra a fenda salarial está o axuste das cotizacións aos períodos dedicados a coidados, unhas pensións mínimas axeitadas, prestacións de supervivencia e a aprobación de permisos familiares tamén para os homes. A comisaria de Igualdade, Helena Dalli, comprometeuse, tamén, a que se facilite ás traballadoras europeas información sobre a súa escala salarial e requerir a todas as empresas que auditen ese tipo de información. Sindicatos: satisfacción e escepticismo CIG e CCOO consideran moi positivas estas medidas mais agardan a súa concreción pola experiencia que teñen doutras normas que están aprobadas e non se están a implementar. Desde a Secretaría da Muller da CIG Marga Corral lembra a Nós Diario que no Estado español todo o que ten que ver co rexistro salarial que se aprobou no decreto de 7 de marzo de 2019 aínda está pendente de aplicación. "Por exemplo coa inspección de traballo ou a aplicación dos convenios colectivos" indica, "o maior contacto que temos con ese tema é cos plans de igualdade e sempre se nos dá para atrás aos requirimentos sindicais por non estar concretada a regulación desa norma", engade. Outro caso é o precepto europeo de estender a baixa de maternidade máis alá das semanas actuais que aínda está pendente de aplicación. O factor principal para Corral é saber como será o método de vixilancia que empregará a Comisión Europea para controlar que se apliquen esas medidas. "Co tema do cálculo das pensións necesitaría unha modificación do propio sistema de cálculo", explica. Desde a central nacionalista van máis alá e pregúntanse as razóns que hai para que as traballadoras do fogar sigan a estar fóra do réxime xeral. Desde CCOO tamén acolleron moi ben esta proposta. "Parécenos moi saudábel e moi oportunas este tipo de medidas", sinala a Nós Diario Maica Bouza, a súa secretaria de Previsión Social. A sindicalista lembra que o Tribunal de Xustiza Europeo vén de dar un par de desgustos ao Estado español en materia de discriminación nas prestacións públicas e pensións. Bouza enumera entre as medidas necesarias a "igualdade no acceso ao emprego e no mantemento do emprego e facilitar que os coidados non recaian nelas". En todo caso as medidas non servirían de nada "se non se poden transmutar nunha norma que obrigue de verdade aos Estados membros", asevera a sindicalista.
NOS_32374
Os días 3 e 4 de outubro estrearanse dúas obras para público infantil de Roberto Vidal Bolaño. Serán na mesma rúa do centro histórico de Compostela mais en teatros diferentes. Cachirulo ofrece a montaxe de "Romance dos figos de ouro" no Teatro Principal e ao día seguinte o CDG en coprodución con Teatro de Noroeste levará á escena "Touporroutou da lúa e o sol".
No marco do Festival Galicreques, a Compañía Cachirulo estrea no Teatro Principal o próximo día 3 de outono a obra "Romances dos figos de ouro" , unha peza de fantoches de variñas e fíos coa que a compañía quere mostrar a súa homenaxe a Roberto Vidal Bolaño no ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. O autor relatou nesta peza a historia dun Meco que existiu no Grove ademais doutros que fixeron as súas trasnadas en Portugal. No día seguinte, o día 4, na beirarrúa de enfronte, no Salón Teatro, será Teatro do Noroeste en coprodución co CDG e a colaboración da Escola Superior de Arte Dramática quen leve a escena "Touporroutou da lúa e o sol", dirixida por Eduardo Alonso. O espectáculo toma parte da programación especial dedicada ao autor do Día das Letras Galegas e que ocupa case a totalidade da actividade escénica do centro público. Definida como "farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa" a obra está protagonizada por catro titiriteiros que contan historias sobre os astros, o dioivo, os días e as noites... por medio dos máis variados elementos.
PRAZA_768
Montse Dopico entrevista Mª Carmen Caramés, que vén de publicar Dos días escuros (Xerais), co que gañou o XVII Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu
"Primeiro foi a necidade de non asumir os indicios,/ despois a covardía de baixar a voz e erguer os cóbados, /logo a catalepsia brutal do medo,/ e, sempre,/ o satélite orbital da vergoña." Mª Carmen Caramés tenta, con palabras coma estas, poñerse no lugar dunha muller maltratada no seu poemario Dos días escuros (Xerais), co que gañou o XVII Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu. A autora tratou, neste libro, de "entender". De reparar no medo ou na indiferenza dos demais "que poden resultar tan paralizantes para a vítima". Falamos con ela. Xa tiñas tratado o tema do maltrato antes. Como xurdiu, desta volta? Con anterioridade centrárame no maltrato psicolóxico e o resorte que me impulsara daquela fora a película Te doy mis ojos, de Icíar Bollaín, que me causara unha fonda impresión. Desta volta foi a noticia dun telexornal, "á hora do xantar", que contaba o caso doutra muller morta a mans da súa parella. Pero non foi a desgraza en si o que me fixo reflexionar senón o feito de que dez minutos despois eu xa non lembraba o nome daquela vítima. Pasara a ser un número, "o derradeiro da funesta lista". De aí xurdiu o último poema deste libro Explicit ou o último desengano, que en realidade foi o primeiro que escribín, o inicio deste poemario. "A poesía é unha ferramenta especialmente útil para achegarse aos corazóns e ás conciencias sen caer no morbo nin no dramatismo e eu síntome cómoda utilizando esta canle" Non é unha cuestión, tampouco, fácil de formular, sen tópicos, sen excesivo dramatismo.... Nin é un tema moi tratado na nosa literatura. Ocórreseme algún outro exemplo, como un libro de Iolanda Zúñiga… Os medios xa nos poñen ao tanto de todos os detalles escabrosos e isto non fai máis ca crear habituación e insensibilidade, estámonos relacionando dun xeito malsán coa violencia. A poesía é unha ferramenta especialmente útil para achegarse aos corazóns e ás conciencias sen caer no morbo nin no dramatismo e eu síntome cómoda utilizando esta canle que non debe ser allea a ningunha problemática social. En relación con iso: parece un libro escrito moito desde a emoción, o estilo é moi directo, malia estar coidado. Era a túa idea, ou simplemente saíu así? Non tiña unha idea preconcibida de como ía resultar. A empatía foime marcando o camiño e, salvadas todas as distancias, tentei meterme nos zapatos das vítimas, sentir o que elas podían sentir, ver o mundo da maneira en que elas o verían…, tentei sobre todo entender. Recoñezo que chegou a resultarme doloroso porque reparei en aspectos nos que ata entón non reparara como son o medo, a vergoña ou a indiferenza dos outros que poden resultar tan paralizantes e perniciosos para a vítima do maltrato. "Eu quería contar unha historia na que calquera muller maltratada puidese espellarse, e entendo que esa historia comeza sempre nunha relación afectiva, nun, ás veces, mal concibido amor" O libro é como un percorrido polas fases do maltrato, (os sucesivos desenganos...). Podes explicar, nese sentido, como concibiches cada unha das partes? Eu quería contar unha historia na que calquera muller maltratada puidese espellarse, e entendo que esa historia comeza sempre nunha relación afectiva, nun, ás veces, mal concibido amor. A primeira parte, Incipit, fala precisamente dese comezo, cando nada fai presaxiar o deterioro da relación; na segunda parte, que dá título ao libro, Dos días escuros, a vítima empeza a ser consciente, asume e narra a súa condición de muller maltratada; na terceira busca os motivos externos da súa situación, rastrexa especialmente o legado das Testadoras que contribuíron á xénese da súa identidade; pero a busca de respostas require tamén un exame da propia conduta e actitude ante o maltrato: Reflexións sobre un tratado de (meta)física cuántica; finalmente, a última parte, Explicit ou o último desengano, é un chamamento desesperado á sociedade indiferente que xa non se asombra ante a barbarie. As testadoras é como un contrapunto á crueza do resto do poemario. Falas de mulleres transgresoras, esmagadas por non facer o que se esperaba delas. É como se esta parte se detivese na orixe do maltrato: o patriarcado... Era ese o obxectivo? Si, primeiramente aparecen As sacras, as bíblicas: Lilith, Eva, Mª Magdalena, todas elas independentes, transgresoras, anuladas, silenciadas e condenadas á ira patrucial no tanto que María, nai de Deus, submisa, abnegada e resignada é enaltecida pola Igrexa e posta como exemplo de perfección dos valores femininos. Creo que ao longo da historia nada fixo máis escravas ás mulleres que os credos relixiosos, xa que se asume esta escravitude como estado natural da condición de muller e transmítese de xeración en xeración como parte do ADN feminino. Tiña especial interese recoller este feito. "Ao longo da historia nada fixo máis escravas ás mulleres que os credos relixiosos, xa que se asume esta escravitude como estado natural da condición de muller e transmítese de xeración en xeración como parte do ADN feminino" As profanas, que herdan ese ADN, son en moitas ocasións as que inculcan eses valores de sometemento e servidume, pero sempre houbo mutacións ao longo dos tempos das que xurdiron novas estirpes que plantaron a semente da insurrección e "loitaron polas liberdades que acadamos a base de renuncias e de atrancos". O poemario tamén pode lerse, porén, como o tipo de emocións que produce o total alleamento, a opresión. Non só nas relacións de xénero. Era parte da idea? Así é, Foulcaut falaba das relacións de poder como aquelas que, malia tentar dirixir e manexar o comportamento e a vontade dos outros, se exercen sobre quen ten a posibilidade de resistilas e enfrontarse a elas, pero falaba tamén do perigo de que estas deriven en relacións de dominación onde a liberdade e a capacidade de resistencia do outro quedan reducidas á mínima expresión. Neste senso o libro reflicte ese transo nas relacións persoais que pode aplicarse a calquera ámbito da vida cotiá. Parece que o preside, tamén, un intento de dar voz á dor..., de mulleres que, como se di ao final, só son números que serán esquecidos. É así? Esa foi unha das miñas pretensións: ser a voz das que non teñen voz porque esa relación de dominación non lles permite alzar a súa, das que están paralizadas polo medo ao que ostenta ese poder e non son capaces de rebelarse. O libro vai pasando, como diciamos, polas distintas fases do maltratamento: o pechar de ollos inicial, o medo, o silencio, a conciencia da situación, a falta de forzas, o desengano... Houbo, nese sentido, algo de consulta de información sobre as distintas fases? Ou é algo máis intuitivo? Máis ben foi intuitivo, as partes foron xurdindo a medida que avanzaba "a historia", seguindo o fío dende o comezo desa relación sentimental ata o desengano final, que xa estaba escrito. "Non sabería dicir que relación ten este libro con outros poemarios feitos por mulleres pero creo que de forma consciente ou inconsciente sempre incorporamos no noso discurso outros cos que nos sentimos identificadas" Hai, creo, algunhas chiscadelas a outras obras ou autoras, ademais das citas directas. Pode ser que Anamnese, que cadra cun título de Eli Ríos... Que relación ten, nese sentido, este libro con outros poemarios feitos por mulleres? Neste caso en Anamnese a voz feminina da historia quere botar a vista atrás tamén para contemplar o camiño percorrido dende a nenez axudada do coñecemento do outro. Non sabería dicir que relación ten este libro con outros poemarios feitos por mulleres pero creo que de forma consciente ou inconsciente sempre incorporamos no noso discurso outros cos que nos sentimos identificadas/os, que atopamos próximos, neste senso creo que nos conecta a voz coa nós, mulleres, falamos de nós mesmas, da maneira en que somos e estamos no mundo. Hai tamén referencias ás mulleres das xeracións anteriores: as avoas, criadas na pobreza. Que querían un cuarto propio como Virginia Wolf. Por que esa referencia? Porque elas viviron dignamente as súas circunstancias, soñaron tempos mellores e desexaron a súa independencia malia saberen que nunca terían a oportunidade de ter unha vida propia nin un espazo de seu. A parte cuarta e quinta parece que apelan máis directamente á sociedade: a que lle presta atención e que non. É así? Por que? Si, como dixen, a última parte é un berro desesperado da vítima, pero hai chamamentos máis ou menos explícitos ao longo de todo o libro. En realidade, isto é o que quería reflectir dende o momento que me decatei da miña propia indiferenza ante este tema, o obxectivo central do poemario: deixar outra porta aberta á reflexión, chamar a atención sobre este drama social que creo que non percibimos en toda a súa tremenda dimensión. Todos quedamos consternados por traxedias nas que morren ducias de persoas, lembrámolas dolorosamente durante longo tempo pero non somos plenamente conscientes nin lembramos que en 2010 foron asasinadas por violencia de xénero 73 mulleres, 61 en 2011, 52 en 2012, 54 en 2013, 59 en 2014… O peor é a certeza de que neste ano, 2015, se volverá repetir, e nos próximos tamén. Demasiadas traxedias que en moitos casos se poderían evitar.
NOS_29874
Álvarez achou nunha mámoa de Cambados un ídolo megalítico. O docente entregou a peza para que chegara ás mans de Patrimonio.
Tomás Álvarez non só ensina durante o curso, senón que tamén o fai en verán, cando saca a relucir a súa faceta de arqueólogo afeccionado e propón á sociedade galega aprender un pouco da súa historia. O docente de Física e Química vén de descubrir un ídolo megalítico de "hai 5.000 ou 6.000 anos" nas ruínas dunha mámoa que foi destruída no concello de Cambados. O achado foi fortuíto pero o certo é que Álvarez decidira achegarse á zona de Treviscoso, "a uns 500 metros" da casa, para comprobar como quedara a mámoa que coñecía e que estaba nos lindes entre dúas terras de particulares, ao saber que unha das fincas se vendera e limpara. Foi un domingo calquera, nunha saída a pasear. "Limparan todo o monte e estaba seguro de que levaran por diante" o sepulcro megalítico. Non errara nas súas conclusións, pois cando chegou ao lugar atopou o chan aplanado e as pedras por un e outro lado. Pasaran "cunha pa" ou outra máquina pesada por riba dos restos arqueolóxicos e destruíran máis da metade. Dáse a casualidade de que malia saberse da existencia da mámoa esta non estaba catalogada polas autoridades patrimoniais. "Vin todo arrasado e púxenme a buscar se había algo de cerámica, porque había pedras por todos os sitios", lembra, mais unha delas chamou a súa atención. Sospeitaba que podía ser un ídolo, porque algo de coñecemento da materia xa tiña, pero decidiu achegarse a visitar un historiador en Cambados ao día seguinte. O seu asesor confirmoulle o que sospeitaba da obra que atopara nas ruínas do conxunto fúnebre. Entregada ás autoridades para a súa conservación Malia que nestes casos sempre hai quen decide quedar co atopado, Álvarez deu unha nova lección ao elixir achegar o ídolo ao Museo do Viño de Cambados para que, desde alí, o trasladasen a mans das autoridades que corresponder. Non lle deron máis chaves sobre o que vai acontecer con ese recordo do megalítico na Galiza pero entende que pasará a ser analizado por arqueólogas profesionais para estabelecer de forma definitiva o tempo que ten -consérvase case en perfecto estado porque estaba a bo recado dentro da construción de pedra- e o valor histórico que se lle pode fornecer. É posíbel que en breve remate nun museo para que calquera persoa poida apreciar o legado que Álvarez quixo compartir coa sociedade. Tamén avogou por que a investigación se traslade a Treviscoso para que as e os expertos analicen se hai algo máis que mereza a pena retirar do monte. De feito, a mámoa danada non estaba catalogada pero na zona, xa no municipio de Vilanova, hai outras que si o están e conforman un conxunto atractivo. Esta descuberta non é o único mérito deste profesor, do que se podería dicir que ten ollo arqueolóxico. Preguntado por se era a primeira vez que localizaba un elemento de valor destas características, recoñeceu que arredor dalgúns castros ten visto restos de cerámicas. Aliás, "no illote Areoso", onde había mámoas, "hai catro, cinco ou seis anos" localizou "un molde para facer os machados", é dicir, unha peza de pedra "onde metían o metal fundido para crealos". O destino foi o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e non tivo máis noticias. Sobre a súa destreza visual xa o di el mesmo: "Igual que acostumas o ollo a ir por setas, acostúmalo a ir por restos arqueolóxicos...". Un elemento único para a historia pouco coñecido na Galiza A peza localizada polo profesor Tomás Álvarez é moi valiosa porque na Galiza acostuman aparecer poucas en tan bo estado. As persoas expertas concretan que o ídolo ten forma antropomórfica, pois detéctase certo traballo de gravado para localizar os brazos, por exemplo. Este tipo de elementos arqueolóxicos adoitan estar nas entradas das mámoas, pero escondidos das miradas alleas. Por iso, Álvarez atopouno após o derrube do sepulcro.
NOS_48098
Zaira Caamaño, socia de MAOS Innovación Social desde 2021, é a coordinadora do Cartafol de Ilustracións do Reino de Galiza, unha das propostas premiadas do certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2021-22 da área de Cultura da Deputación da Coruña.
—Nós Diario inclúe hoxe unha cartilla para conseguir o Cartafol de Ilustracións do Reino de Galiza, un proxecto coordinado por vostede e editado por MAOS Innovación Social. Como nace esta idea?Foi unha idea que presentamos ao certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2021-22 da Deputación da Coruña, coa que buscabamos levar a cabo unha revisión histórica do noso pasado e achegala ao presente dunha forma atractiva a través da arte, cunha perspectiva de xénero. Neste proxecto, as mulleres son as protagonistas, tanto do pasado como do presente. É pouco habitual atopar protagonistas femininas na historia e pareceunos necesario polas enriba da mesa, dalas a coñecer e ofrecerlles un oco no presente desde unha ollada, tamén, feminina a través das cinco artistas coas que colaboramos. —Nós Diario publicou neste mes entrevistas ás cinco artistas que ilustraron as mulleres que aparecen no cartafol. Como foi traballar con elas?Para min a arte é unha ferramenta fundamental para a transformación social e sempre quixen levar adiante algún proxecto artístico. Por diferentes motivos, non xurdira a oportunidade e, aínda que coñecía o traballo das cinco ilustradoras, traballar con elas era algo novo. Elas acolleron moi ben a proposta desde o primeiro momento, mostráronse receptivas e achegaron ideas. Foi moi sinxelo traballar con elas. —Como foi o proceso de traballo?Comezamos realizando unha investigación histórica sobre mulleres medievais, que enviamos ás artistas e foron elas quen elixiron As protagonistas.A partir de aí, nós comezamos a traballar nos textos e as artistas nas ilustracións. Desde o principio tivemos claro que buscabamos propostas estéticas diferentes e estilos que contrastasen entre si, polo que deixamos liberdade creativa ás artistas e estamos moi contentas co resultado. —Que virtudes salientaría deste cartafol de ilustracións?Creo que conseguimos unha edición coidada, cunha gran calidade a nivel artístico, que nos achega á nosa historia de forma amena e sinxela, afastándonos dos textos académicos pero sen perder a veracidade histórica.Ademais, ten un forte peso a perspectiva de xénero grazas a esa revisión actualizada das ilustradoras. O papel das mulleres sempre estivo esquecido, ocultado ou relegado a un segundo plano, sobre todo ao longo da historia. Poder coñecer e pór rostro a diferentes mulleres decisivas do Reino da Galiza é fundamental para coñecer realmente a nosa historia medieval. —Vostede é socia de MAOS innovación Social.Si, somos unha cooperativa de desenvolvemento de proxectos culturais e sociais, onde traballamos coa máxima de que as persoas somos o primeiro. Ser unha cooperativa e apoiar os valores da economía social, a min, permíteme vivir e traballar desde Rebordechán, apostando por un modo de vida no rural, que doutra forma sería case imposíbel. —Que tipo de traballos levan a cabo? Que proxectos destacaría?Temos tres liñas de traballo: etnografía, desenvolvendo proxectos de patrimonio inmaterial e memoria; xestión cultural, a través da que deseñamos, desenvolvemos e coordinamos proxectos culturais e sociais; e comunicación, centrados na elaboración de contidos culturais e publicacións. A Memoria das Mulleres é un dos proxectos máis lonxevos de MAOS e, para min, un dos máis bonitos, feito ao redor das historias de vida de mulleres de Pontevedra. Tamén quero destacar Compostela literaria, un proxecto no que estamos traballando, sobre a relación de Compostela e a literatura. A Galiza do medievo con nome de muller O Cartafol de Ilustracións do Reino de Galiza é unha coidada edición de dez láminas sobre mulleres destacadas do medievo galego, creadas por cinco ilustradoras: Iria Fafián, Laura Romero, María Montes, Minia Regos e Nuria Díaz. Para conseguir o cartafol, as lectoras e lectores de Nós Diario poden cubrir a cartilla que atoparán impresa no xornal de hoxe. Os cinco cupóns necesarios para completar a cartilla entregaranse co xornal desde a terza feira 20 de setembro até o sábado 24. Unha vez cuberta a cartilla cos cinco cupóns, poderase entregar nun quiosque ou punto de venda de Nós Diario até o 26 de setembro e, a partir do, 28 poderase recoller o cartafol no estabelecemento onde se reservou. Trátase dunha edición limitada a 500 exemplares que se entregarán por orde de solicitude e que ten un custo de dous euros, destinados aos gastos de xestión e distribución, que se abonarán no quiosque.
NOS_7048
O ministro, por outra parte, prevé que no novo sistema de cotizacións as persoas autónomas poidan "saltar entre os treitos" en función de cadanseus rendementos netos.
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, prevé que, no novo sistema de cotizacións, as persoas autónomas poidan andar "a saltar de treito" de rendemento neto en función das súas ganancias dun modo "extraordinariamente sinxelo". Nun almorzo en Compostela organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD), o ministro dixo ser "prudente" para "non anticipar algo" en "medio dunha negociación", aínda que remarcou que "vai haber un número de tramos" no que as e os autónomos poderán moverse até "seis veces ao ano", o que "vai ser moi fácil". Destacou que haberá un período de adaptación, que "tamén está en negociación", para este novo sistema no que os autónomos cotizarán en función dos seus rendementos netos. Así, o autónomo "pode moverse" e ao final do ano, en función de cales foron os seus rendementos netos, "haberá unha regularización", na cal dependerá en que tramo está. "Se hai que regularizar e ten que achegar un pouco máis, pois se regulariza; se hai que devolverlle, devólveselle; se quere renunciar á devolución e acumular para o futuro, tamén o pode facer", explica. "Así vai funcionar", asegura. O texto presentado polo Executivo expón un sistema flexíbel de trece treitos nas cotas, que van desde 184 a 1.267 euros mensuais e a posibilidade de cambiar ata esas seis veces ao ano. Cómpre lembrar que o recente informe executivo GEM Galiza 2020-2021, realizado a partir de datos recollidos en setembro de 2020, evidenciou un cambio de tendencia nos motivos que levan as galegas e os galegos a se faceren autónomas. Incentivar o atraso da xubilación Noutra orde, Escrivá defendeu que o "camiño a seguir" é o de ofrecer incentivos para "dar un empurrón" a quen queiran atrasar a súa xubilación de forma voluntaria e "traballar un pouquiño máis". Considera que a idade actual de xubilación, de 66 anos e dous meses —e que subirá a 67 en 2027— é "máis que axeitada", mais observa esa "marxe de mellora" en aquelas persoas que, "voluntariamente, queiran estender a súa xubilación", que, lembrou, "non é unha obriga, senón un dereito".
NOS_8433
A Plataforma pola Defensa da Ría convoca a súa movilización anual contra o complexo Ence-Elnosa.
O domingo 16 de xuño terá lugar unha nova edición da tradicional marcha contras as celulosas, a mobilización multitudinaria que ano tras ano reúne miles de persoas en Pontevedra convocadas pola Plataforma en Defensa da Ría para solicitar a fin na Ría dos complexos de Ence e Elnosa. A marcha partirá ás 12:00 horas das Alamedas de Marín e Pontevedra. Entre as reivindicacións, que se anule definitivamente a prórroga de 60 anos concedida ilegalmente a Ence en 2016, que se cumpra a Lei e se obrigue á empresa a devolver a zona ocupada á situación que tiña á chegada de ENCE a Lourizán… Son demandas que están recollidas no manifesto "Polo cumprimento da lei e na defensa dos sectores produtivos", apoiado por una longa lista de organización, colectivos e entidades. Un manifesto no que se defende que a comarca de Pontevedra "non vive de Ence; que lonxe de ser o motor da nosa economía é o seu freo, xa que impide a explotación racional dos sectores produtivos da Ría, do turismo e do monte, un monte hoxe inzado de eucaliptos, exposto ao risco permanente dos lumes, e que debera ter na diversificación de usos o seu futuro".
NOS_30402
O encontro 'Galeusca pola diversidade lingüística e cultural no ámbito educativo', organizado por Semente, La Bressola e Ikastolen Elkartea, decorreu no Museo do Pobo Galego, en Compostela.
Este sábado o auditorio do Museo do Pobo, en Compostela, tornou nun punto de encontro entre entidades galegas, vascas e catalás que defenden o uso das linguas propias e a fin das restricións lingüísticas nestes territorios. Foi o primeiro acto do evento 'Galeusca pola diversidade lingüística e cultural no ámbito educativo', organizado de forma coordinada polas Escolas de Ensino Galego Semente (Galiza), Ikastolen Elkartea (Euskadi) e La Bressola (Catalunya Nord). Intervención inicial de Séchu Sende. (Foto: Charo Lopes) Asistiron, aliás, representantes da Associaçom Galega da Língua (AGAL), a Mesa pola Normalización Lingüística, o centro social A Gentalha do Pichel, a Facultade de Filoloxía da USC, Compostela Aberta, Movemento Arredista e Nova Escola Galega. O acto principiou coa intervención do presentador, poeta e improvisador Séchu Sende, que falou sobre os vencellos históricos entre a Galiza, Euskadi e Catalunya, reivindicando a Tripla Alianza (1923) e mais o primeiro encontro Galeusca (1933), polo seu "espírito internacionalista" e a reclamación da "soberanía política". O galego é a única lingua do Estado español que perde falantes Posteriormente a xornalista Comba Campoy deu lectura ao manifesto acordado polas tres escolas, onde se recoñecían "iniciativas educativas populares, autocentradas nas nosas realidades nacionais, promotoras da renovación pedagóxica, laicas e sen fins lucrativos". Koldo Tellitu (Ikastolen Elkartea) fixo énfase na situación de "fraqueza" da defensa da lingua nun ámbito educativo, o de Euskadi, que é "insuficiente" na tarefa da "euskaldunización". Tamén apuntou á "gravidade" da situación tanto no Estado español como en Francia, que obriga o alumnado de Ipar Euskal Herria a facer en francés a proba de nivel da Secundaria. Eva Bertrana (La Bressola), Santiago Quiroga (Semente), Eduardo Maragoto (AGAL) e Koldo Tellitu (Ikastolen Elkartea). (Foto: Charo Lopes) A directora de La Bressola, Eva Bertrana, criticou tamén a actuación do Estado francés, onde nas escolas se prohíbe as comunicacións coas familias en catalán, "mostrando ás crianzas que as cousas serias son en francés". Pola súa parte, o coordinador nacional de Semente, Santiago Quiroga, sinalou o sistema galego de ensino público como "axente desgaleguizador" e chamou á "organización popular" para facer fronte a isto, pondo como exemplo que se logrou manter no currículo da Secundaria a materia de Xeografía e Historia da Galiza por mor da presión social. Piden recuperar a materia de Xeografía e Historia da Galiza: "A decisión carece de fundamento académico" Este acto do Galeusca proseguiu coa lectura dun poema en cada unha das linguas por parte de tres alumnas de Semente, e un concerto acústico de Guadi Galego e Carlos Abal puxo o ramo á xornada.
NOS_2863
A Agrupación Cultural Auriense de Ourense dedícalle unha exposición e un roteiro ao personaxe creado por Xosé Lois González que, ademais, recibirá o primeiro galardón creado este mesmo ano pola "traxectoria vital na defensa do noso idioma".
Hai 45 anos nacía a Agrupación Cultural Auriense en Ourense e quince anos despois fixo a súa primera aparición pública O Carrabouxo, un personaxe que colleu vida grazas a Xosé Lois González. Esta coincidencia celébrase estes días na histórica asociación da cidade de Ourense cunha serie de actividades e a entrega, por primeira vez, do premio Brais Pinto aos Bos e Xenerosos. "Levabamos tres anos coa idea", recoñece Rubén Requeixo, secretario da asociación, "despois de ter claro o nome do premio en homenaxe a un colectivo que traballou moito pola nosa cultura desde Madrid". Para esta primeira edición escolleron a Xosé Lois González pola súa "traxectoria vital en que a defensa do noso idioma, o noso xeito de vida e a liberación social e nacional da Galiza" ademais dun "demostrado compromiso co tecido asociativo da Galiza que o levaron, e levan, a prestar a súa colaboración en numerosas actividades e proxectos". Recoñecen tamén "a súa actividade artística que se traduce en numerosas colaboracións, tanto estábeis como puntuais, en diversos medios de comunicación, simbolizadas todas elas no seu personaxe "O Carrabouxo" que vén de cumprir o 30 aniversario". Actividades A exposición de "inéditos" do Carrabouxo, un roteiro pola cidade de Ourense e a entrega do galardón no transcurso dunha cea serán as actividades que preparou a Auriense ao redor da homenaxe ao Carrabouxo e ao seu autor. A exposición contará con 13 dos 33 debuxos inéditos que non viron a luz nunca en ningunha publicación. A mostra poderase visitar no Café Cultural Auriense até finais de xaneiro e a organización ten previsto que viaxe despois por todo o país. O roteiro "Galiza co Carrabouxo" terá lugar o 15 de setembro e comezará ás 20 horas con saída da Praza do Correxedor, diante do monumento a Otero Pedrayo, coa intervención do historiador Francisco Carballo. Pasará pola Praza dos Suaves, rúa da Unión e rúa Juan de Austria até chegar á rúa da paz diante da casa onde naceu Eduardo Blanco Amor. Continuará pola Praza do Ferro e a rúa Santo Domingo até chegar ao Parque de San Lázaro, diante do monumento ao Carrabouxo, coa intervención de Millán Picouto. Ese mesmo día terá lugar a cea (Salóns Aixiña, 20 euros/persoa) en que se entregará o I Premio Brais Pinto aos Bos e Xenerosos a Xosé Lois González.
NOS_11086
A CIG-Ensino denuncia que desde a chegada do PP á Xunta de Galiza, a partida destinada ás axudas aos equipos de normalización dos centros de ensino público "descendeu en picado".
A CIG-Ensino denuncia que desde a chegada do PP á Xunta de Galiza, a partida destinada ás axudas aos equipos de normalización do galego dos centros de ensino público "descendeu en picado". Na orde publicada hai unhas semanas no DOG, a Consellaría "mantén a redución de medio millón de euros que vén aplicando a esta partida desde o curso 2011-12, fronte aos 800.000 € que se lle asignaron aos centros nos cursos 2009-2010 e 2010-2011. A Consellaría volve reducir a partida orzamentaria para este curso a 300.000 €, unha redución do 62,5%, que para os centros privados foi inferior, do 55,4%". O sindicato nacionalista incide na denuncia de que se recunca no recorte das axudas para a promoción da lingua galega, "xusto no mesmo curso escolar en que os datos oficiais do Instituto Galego de Estatística sinalan a perda de falantes, poñendo o acento nas xeracións máis novas sobre as que se conclúe que nas súas 3/4 partes nunca falan en galego". Lembra o dindicato que vén reclamando reiteradamente que a convocatoria de axudas se realice co inicio do curso, "mais a Consellaría persiste en que isto non sexa así, facendo inviábel que se poidan realizar actividades normalizadoras durante o primeiro trimestre", sinala.
NOS_37894
"Non partillo case nada do que fai", sinala o ex secretario xeral dos socialistas galegos. Nos últimos meses soara o seu nome como fichaxe de Ciudadanos.
Manuel Vázquez, Pachi Vázquez, deixa o PSOE, partido no que levaba militando máis de 20 anos, a onde chegara procedente do Centro Democrático e Social (CDS). O que fora secretario xeral do PSdeG de 2009 a 2013 anunciou a decisión a través dunha mensaxe de WhatsApp. "Vexo que nin o Partido nin as persoas que o representan están cómodas comigo", afirma.na mensaxe, onde manifesta que "non partillo case nada do que fai a Dirección Federal nin o noso secretario xeral". "Agardo que a partir de agoran deixen tranquilos os 'pachistas' e o partido teña moitos éxitos", conclúe na mensaxe de despedida á militancia do PSdeG de quen fora candidato á presidencia da Xunta por este partido en 2012. O nome de Pachi Vázquez soou nos últimos meses como unha das posíbeis fichaxes de Ciudadanos en Galiza, se ben fontes da súa contorna desmentiron que ex deputado e ex conselleiro de Medio Ambiente fose dar ese paso.
NOS_23448
O Festigal 2016 apresentou esta mañá as actividades e grupos que estarán presentes na súa décima quinta edición. O festival desenrolarase durante a noite do 24 de xullo no Campus Sur de Santiago de Compostela, coincidindo co Día da Patria.
A primeira banda en soar e, que polo tanto, abrirá esta edición do Festigal será Esposa, unha agrupación novel que tocará despois de ter gañado o concurso de Novos Valores Festigal. Esta banda iniciará a súa actuación ás 22.30 horas, abríndolle o paso a Poetarras, co seu estilo irónico e irreverente. A noite proseguirá coa música de Kepa Junquera & Sorgionak, que non só tocarán o seu disco Galiza, senón que ofrecerán moito do seu repertorio. A madrugada entrará de pleno cos ventos roqueiros de Biribirloque e, por último, Arrhytmia serán os encargados de fechar a cerimonia. O día seguinte comezará moito máis cedo e terá entretemento continuo coa Charanga Os Campantes de Baña e cun espectáculo de maxia de Martín Camiña. As propostas musicais chegarán co "café concerto" as 17.30 horas da man de Falua, Aldaolado, Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel e rematarase, xa na noite do 25, con Fanfarria Taquikardia. O festival aposta por ser escaparate da cultura galega A proposta cultural tamén estará presente no Campus Sur universitario de Santiago de Compostela coa Galería das ideas, un espazo onde se presentarán libros e se organizarán mesas redondas. Esta galería xirará en torno a un fío argumental marcado polas figuras de Castelao, Manuel María ou as Irmandades da Fala, as cales teñen un grande peso neste ano 2016. Ademais, a festa estará aderezada coa presenza de numerosos postos artísticos e artesáns. O festival aposta por ser escaparate da cultura galega, poñendo un especial interese no potenciamento das bases e no xerme de novas agrupacións. Deste xeito, as bandas que conforman o cartaz caracterízanse por levar na súa identidade a música e a cultura galega, incorporando innovacións á tradición. Asimesmo, tamén volve ter presenza a cultura de nacións irmáns coa música de raiz euskera de Kepa Junquera. O cartaz foi apresentado pola comisión organizadora do FestiGal entre a que se atopan os membros da fundación Galiza Sempre, representada por Tania Ameneiro, e da organización Galiza Nova, en nome da cal estiveron Olalla Rodil e Alberte Meira.
NOS_55163
A deputada de Galicia en Común -nova denominación de En Común Unidas Podemos- defendeu na audiencia con Filipe VI unha coalición entre PSOE e Unidas Podemos.
Os dous deputados de Galicia en Común (nova denominación de En Común-Unidas Podemos), que fan parte do grupo confederal de Unidas Podemos, supedita o seu voto favorábel a Pedro Sánchez a que este "se comprometa con Galiza". Así o manifestou Yolanda Díaz na comparecencia ante a imprensa após a súa audiencia con Filipe VI. Díaz, porén, defendeu perante o xefe do estado un goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos. Ela defende que as "urnas" expresaron unha demanda de goberno de coalición, rexeitando executivos "monocores". Recoñeceu a súa sorpresa polo feito de que a estas alturas aínda non houbese nin "una pequena conversa" entre o PSOE e o grupo confederal para explorar a posibilidade dun acordo programático. "Iso depende de Pedro Sánchez e é a quen debe dicir con claridade que é o que quer".
NOS_6188
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) amosa a súa preocupación ante a situación, tanto nivel educativo como social, nestas semanas de confinamento, e vindica o traballo das e dos profesionais da educación, "que non poden ser substituídas neste momento por ningún medio tecnolóxico", como garantes dunha competencia social, do desenvolvemento do espírito crítico, da retroalimentación inmediata de do dereito fundamental á igualdade de oportunidades.
Diante da crise provocada pola pandemia, a AS-PG, un movemento de renovación pedagóxica galego que traballa na procura dun ensino galego público e de calidade, salienta que "non hai ensino de calidade sen aulas, os nenos e as nenas, as interaccións que se producen entre eles, o respecto aos diferentes ritmos de aprendizaxe, o normalizar a diferenza, contaxiar emocións, crear coñecemento a partir da escoita activa... non se poden desvincular da educación". A asociación defende, neste sentido, a formación do profesorado e chama a mestres e mestras a "parar". "Sexamos coherentes contaxiando tranquilidade, provocando o aburrimento (claramente infravalorado), freando o estrés", propón, a través un comunicado asinado pola mestra Ana López Rico, integrante na Xunta Directiva da AS-PG. "Vivimos nun tempo, especialmente este inmediato, no que reivindicamos a axuda, a solidariedade, a necesidade das demais, e, en contraposición, volvemos a un ensino reprodutivo, sectario, excluínte e pouco garante, movidos pola aura de modernidade que agochan os medios tecnolóxicos, e polo medo a ser cuestionados e cuestionadas", advirte. Neste sentido, a AS-PG cre necesario deterse para "recuperar o ensino cando as condicións sexan as precisas". "Precisamos parar para non desfacer o feito, para non desandar un camiño que estaba empezando a construírse, precisamos parar para non afogar as familias (elas non teñen que facer o noso traballo, nós non facemos o delas) e para non cargar nada máis sobre as costas das mulleres, vítimas tamén nesta situación da culpabilidade de ter que ser todo sen poder ser elas. Só así, poderemos recuperar o camiño con todas as garantías precisas para seguir", demanda a entidade.
NOS_42934
Os mozos e mozas que foron xulgadas en 2014 na Audiencia Nacional por pertenza a Segi advirten de que ficou demostrado que todo o procesamento foi unha "montaxe política". Así o salientan após ficar todos e todas en liberdade.
En setembro de 2014, un total de 28 mozos e mozas foron acusadas por pertenza a Segi. No día de hoxe as persoas xulgadas pola Audiencia Nacional celebraron en Gasteiz que se atopan todos e todas en liberdade, algo que explica, segundo aseguraron, que o procesamento foi "unha montaxe política". En maio de 2015, a Audiencia Nacional condenou sete dos acusados a penas de seis anos de prisión e absolveu as outras nove persoal. Os sete acusados entraron na cadea mais en novembro o Tribunal Supremo modificou a condena para anular cinco das penas e para rebaixar as outras dúas de seis a dous anos de cárcere. Nunha conferencia de imprensa, Ainhoa Villaverde, unha das condenadas ás que o Supremo lle rebaixou a pena a dous anos, denunciou esta mañá que "non había probas que motivaran a acusación". Aproveitou a súa comparecencia para criticar a actitude do Estado español e do francés dada "a situación de bloque que se vive en Euskal Herria".
NOS_38315
Un dos atentados tivo lugar nun templo cristiano copto na localidade de Tanta, a 120 quilómetros do Cairo, e outro en Alexandría.
Unha explosión unha igrexa cristiá copta en Tanta, a 120 quilómetros do Cairo, e outra nun tenmplo da mesma confesión en Alexandría, deixan este domingo por volta de 40 persoas falecidas e ducias de feridas, No atentado de Tanta houbo un mínimo de 25 persoas mortas e máis de 60 feridas, algunhas delas moi graves. O gobernador de Gharbiya afirmou a medios exipcios que o estoupido debeuse a unha bomba de fabricación caseira, polo que estariamos ante máis un atentado contra a minoría copta de Exeipto, que representa o 10% da poboación. A mediados de decembro pasado, un atentado contra a catedral copta do Cairo asasinou 25 mortas. O atentado tivo lugar cando ían dar comezo as celebracións do Domingo de Ramos, inicio da Semana santa cristiá. O estoupido produciuse no interior da igrexa de Mar Girgis. Un voceiro do goberno de Exipto cualificou o atentado dun "acto repugnante contra todos os exipcios", independentemente da súa relixión. Poucas horas despois deste atentado, unha bomba estoupaba nunha igrexa copta de Alexandría, causando tamén vítimas mortais.
PRAZA_11263
Ao igual que xa está a facer entre Tui e Valença, Adif licita un sistema automático de detección de trens para o treito Ferrol-Ortigueira e prevé instalalo tamén antes de 2024 ata Asturias na última liña galega que aínda contaba co sistema máis obsoleto
Ao igual que xa está a facer entre Tui e Valença, Adif licita un sistema automático de detección de trens para o treito Ferrol-Ortigueira e prevé instalalo tamén antes de 2024 ata Asturias na última liña galega que aínda contaba co sistema máis obsoletoA liña ferroviaria de vía estreita entre Ferrol e Asturias, a antiga Feve, é a última de Galicia que segue a contar co teléfono como sistema de seguridade para evitar que dous trens poidan chocar entre eles cando circulan entre dúas estacións. Cos traballos de mellora xa encargados no pequeno treito internacional Tui-Valença, ou outro galego que aínda tiña o sistema máis obsoleto de toda a rede ferroviaria estatal, o Consello de Ministros autorizou este venres a Fomento, a través de Adif, a licitar un contrato de 14 millóns de euros e 14 meses de prazo para substituílo no treito Ferrol-Ortigueira por outro automático que reduza o risco de erro humano. A mellora forma parte dun plan de actuación xeral de Adif que prevé eliminar o denominado bloqueo telefónico de todas as liñas que aínda o teñen antes de 2024, o que inclúe tamén o seguinte treito Ortigueira-Ribadeo.O denominado Bloqueo Telefónico consiste en que os responsables de circulación de dúas estacións contiguas se informan a través dese sistema de se hai algún tren xa circulando entre elas, para evitar que así outro poida entrar no mesmo treito da liña, denominado cantón, e colidir co primeiro. Ese sistema hai anos que xa non está presente na maioría da rede ferroviaria estatal, tampouco en Galicia, substituído por outros electrónicos que detectan de xeito automático se xa hai algún tren circulando entre dúas estacións determinada e impiden que ningún outro convoi poida entrar nese treito. Pero o Bloqueo Telefónico seguía a ser ata agora o sistema de seguridade para evitar choques entre trens existente tanto entre Tui e Valença como entre Ferrol e a localidade asturiana de Cudillero, así como na maioría da rede de ancho métrico da cornixa cantábrica. Un sistema que Adif pretende eliminar de toda a súa rede antes de 2024.Adif tamén mellorará o sistema de sinalización da liña para os maquinistas suprimindo o que non foi quen de evitar o accidente de tren do Porriño de 2016, medida a aplicar en toda a rede que vén acumulando sucesivos atrasosSe o pasado xaneiro o Consello de Ministros autorizaba a licitación da substitución do Bloqueo Telefónico entre Tui e Valença, agora faino para o treito Ferrol-Ortigueira, o que conta con máis tráfico na antiga liña de Feve. Alí instalará un novo sistema automático de bloqueo de trens que estará centralizado no posto de control da liña existente en Asturias. Xunto coa substitución dese sistema, Adif tamén mellorará o sistema de sinalización da liña para os maquinistas pasando do denominado ASFA analóxico, sistema que non foi quen de evitar o accidente de tren do Porriño de 2016 no que morreron catro persoas, polo ASFA dixital. Unha mellora que se está a aplicar en toda a rede ferroviaria estatal pero que vén acumulando sucesivos atrasos.
NOS_15000
O presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, asegura que o museo está en terreos de dominio público.
O Porto de Vigo acudirá aos tribunais se os sobriños de Carmen Franco non renuncian a vender os terreos sobre os que se asenta o Museo de Rande, 'Meirande', cuxa titularidade se atribúen e que a Autoridade Portuaria cualifica como "de dominio público". Así o trasladou nunha rolda de prensa telemática o presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, quen confirmou que, tras intentar o cambio de titularidade no rexistro sen éxito, dirixiuse á familia Martínez Bordiu para solicitarlle que modifique a anotación catastral na que eses terreos figuran como da súa propiedade. As descentes de Carmen Franco, filla do ditador Francisco Franco, puxeron á venda os terreos nos que se asenta o museo a comezos deste ano. Segundo explicou López Veiga, o museo e os terreos lindeiros están en dominio público portuario e, en concreto, o centro de interpretación, está cedido en réxime de concesión ao Concello de Redondela. Para o presidente portuario é "inexplicábel" que se puideran rexistrar como propiedade desa familia. Por iso, o presidente da Autoridade Portuaria indicou que, se os Martínez Bordiu non aceptan o cambio no catastro, o Porto vigués "irá a un litixio". "E gañarémolo", resolveu.
PRAZA_9831
Tres físicos da USC e un da Universitat Pompeu Fabra publican unha investigación en Nature Communications que defende que "a complexidade urbana pode manter a diversidade fronte á globalización", axudando a manter mellor un equilibrio entre galego e castelán
Os espazos urbanos galegos preservan mellor que os rurais o equilibrio no número de falantes de dúas linguas. Así o defende unha investigación publicada por tres físicos da USC e outro da Universitat Pompeu Fabra na revista Nature Communications, titulada Urbanity and the dynamics of language shift in Galicia. O estudo sinala que a evolución do número de falantes de dúas linguas cambia máis lentamente se conviven nun entorno urbano que se o contacto se produce nun espazo rural. "En Vigo e A Coruña, as dúas maiores cidades galegas, a velocidade dese cambio prodúcese máis lentamente que en zonas rurais de, por exemplo, Ourense ou Lugo", afirmanA investigación está asinada Mariamo Mussa e Alberto Pérez Muñuzuri, da área de Física da Materia Condensada e da agrupación estratéxica CRETUS da USC; Luís F. Seoane, da Universitat Pompeu Fabra e do IFISC-CSIC de Mallorca; e Jorge Mira, do departamento de Física Aplicada e da agrupación AeMAT da USC. Os catro investigadores dividiron Galicia en vinte áreas xeográficas e compararon como é a velocidade de variación do uso de galego e castelán en función do grao de urbanización de cada zona xeográfica. A partir dunha serie de ecuacións, o equipo retrata a evolución do número de falantes de galego, castelán así como daquelas persoas bilingües. "En Vigo e A Coruña, as dúas maiores cidades galegas, a velocidade dese cambio prodúcese máis lentamente que en zonas rurais de, por exemplo, Ourense ou Lugo", din. Na súa opinión, esta evidencia experimental "amosa que o efecto globalizador do entorno urbano, lonxe de inducir unha hipotética e teórica homoxeneización, pode ter o efecto contrario"."Se os principais nodos de poboación estivesen máis conectados coa súa contorna, a rapidez do cambio lingüístico do rural ralentizaríase", dinAsí mesmo, o estudo identifica a existencia dun mecanismo importante á hora de producir efectos sobre os usos lingüísticos, centrado nas relacións entre as diferentes zonas do territorio e sinala que "as diferentes zonas de Galicia están bastante desconectadas unhas das outras". Finalmente, os nvestigadores propoñen estratexias orientadas a desacelerar as dinámicas lingüísticas, como por exemplo "aumentar a influencia dos nodos rurais nos urbanos". "Se os principais nodos de poboación estivesen máis conectados coa súa contorna, a rapidez do cambio lingüístico do rural ralentizaríase", aseguran.É a primeira vez dende 1903 que a palabra Galicia aparece nun título dun estudo publicado en Nature, salientanO equipo de investigación tamén salienta, como curiosidade, que esta é a primeira vez dende 1903 que a palabra 'Galicia' aparece no título dun artigo de investigación das revistas Nature ou Nature Communications. Na anterior ocasión que o fixera, fora nun traballo de observación de terremotos nesta comunidade. Polo que respecta á revista Science e á súa cabeceira en acceso aberto Science Advances, a denominación 'Galicia' figura nunha ocasión, en 1884, nunha descrición xeolóxica de Asturias e Galicia, destacan.
NOS_45393
Al Qaeda afirma que "elixiu o obxectivo, despregou o plano e financiou a operación"
Al Qaeda en Iemen -unha das pólas da organización jihadista- reivindicou esta cuarta feira o atentado contra a revista Charlie Hebdo -saldado con 12 vítimas mortais- através dunha mensaxe na rede acompañada dunha imaxe en que se ve a Torre Eiffel disolvéndose. A organización jihadista argumenta que atacou Charlie Hebdo como "vinganza" en nome do "mensaxeiro de Alá", en obvia referencia a que a publicación humorística representa en moitas ocasións, e con intención satírica, a imaxe de Mahoma, algo que está prohibido na interpretación máis rigorista do Islam. Al Qaeda aproveita tamén para se desmarcar do asalto á tenda kosher perpetrado por Amedy Coulibaly e cualifica a circunstancia de que fosen episodios practicamente simultáneos como "unha coincidencia". A policía francesa detivo o humorista galo Dieudonné M'Bala baixo a acusación de "defensa do terrorismo" Os servizos de intelixencia franceses traballan, aliás, coa hipótese de Coulibaly facer parte da mesma célula jihadista en que estaban integrados os irmaos Kouoachi, presuntos autores da acción contra Charlie Hebdo. Mentres, a policía francesa detivo o humorista galo Dieudonné M'Bala baixo a acusación de "defensa do terrorismo", segundo puido saber AFP. M'Bala -humorista proveniente da esquerda que nos últimos tempos ten mostrado simpatía aos postulados de Le Pen- escribiu no seu perfil Facebook o pasado domingo, após a multitudinaria manifestación de París en repulsa polos atentados: "Saiban que esta noite síntome Charlie Coulibaly". Dieudonné xa foi condenado por declaracións que os xuíces franceses reputaron como anti-semitas. O humorista é, segundo se pode ler en Le Monde, a ponta do iceberg: nos últimos días foron abertos máis de 50 casos calificados como "defensa do terrorismo". Deses 50 casos 5 xa concluíron con condenas, xeralmente a un ano de prisión.
NOS_33227
O proxecto de editora alternativa creada en Compostela en 2008 botará o fecho antes do verán publicando os seus dous derradeiros libros.
Os dous últimos textos, que sairán do prelo antes do verán, serán 'Acontecemento de desexo', unha monografía sobre Gilles Deleuze na colección de Filosofía, que coordina o colectivo Derrida; e un poemario bilingüe do escritor catalán Pau Gener. O esgotamento é a razón da finalización despois de oito anos deste proxecto colectivo que publicou máis de 30 libros nestes oito anos de vida, de autores como Alberto Lema, Rebeca Baceiredo, Carlos Taibo, Susana S. Aríns ou Rubén Ruibal, mais tamén autores internacionais como Bobby Sands ou Gramsci. "Hai algunha opción de que siga con vida, que alguén continúe publicando algo, pero como colectivo de persoas remataremos en poucos meses", declarou para o Sermos Miguel Mosqueira, un dos promotores e compoñente da banda Ataque Escampe, que recoñece que "cada vez eramos menos, a xente foise desvinculando nos últimos anos e rematou resultando canso para os que quedabamos. Foron case oito anos publicando máis de 30 libros e iso desgasta, ao final é máis traballo que satisfacción". Os obxectivos cos que naceu Estaleiro eran, segundo Mosqueira, "ofrecer liberdade normativa, publicar poesía, ensaio e teatro, que estaban abandonados nese momento. E tamén publicar mulleres". E logo, alega, foron aparecendo outras editoras pequenas que ían ocupando tamén eses ocos, "caso de Através, Euseino ou Hugín e Munín. Agora Estaleiro xa non é imprescindible". Satisfacción A pesar de todo, os promotores amósanse satisfeitos do traballo feito: "Houbo textos que tiveron máis acollida que outros, pero en xeral construímos un catálogo que nos gusta a nós e que lle gustou á xente, porque todos se venderon razonablemente ben". A principal contribución desta proposta alternativa foi, en opinión de Mosqueira, "ofrecer libros que non tiñan cabida noutras editoras. Diversificamos o tipo de publicacións que había, sobre todo nos primeiros anos, porque logo coa irrupción destas outras editoras esa tarefa foi máis compartida". Rubén Ruibal, por exemplo, publicou o seu primeiro libro en Estaleiro, e logo acadou o Premio Nacional de literatura dramática. E Alberto Lema fixo o propio e logo foi publicado por Galaxia e Caballo de Troya. "Iso deunos prestixio e confianza, foi un motor para nós ao principio". Edición amadora O feito de ser unha asociación cultural sen ánimo de lucro, que publicaba con licenza Creative Commons, "estivo ben naquel momento, pero se o volvesemos facer quizais o fixesemos de forma profesionalizada, porque así chegariamos a máis público, sería menos underground e os autores e o resto da cadea de edición poderían ter cobrado". Mosqueira recoñece que o traballo voluntario acabou desgastándoos pero daquela non "contemplabamos outra posibilidade". Estaleiro pechará a súa andaina en abril ou maio coa publicación de dúas últimas obras e un acto público de despedida.
PRAZA_18889
As rúas a rebordar do histórico 8 de marzo son imprescindibles para entender o 2018; o feminismo como vento de esperanza mentres en moitos lugares do mundo, tamén en Galicia, sopran refachos de regresión e incerteza
"É o máis machista que se pode facer". A finais de febreiro de 2018 o movemento feminista galego, igual que noutros puntos do Estado e do mundo, fervía ás portas dunha data que prevía como histórica. O 8 de marzo ía ser unha xornada de reivindicación da igualdade, como cada, ano, pero tamén un día de folga feminista. Mentres organizacións como a Marcha Mundial das Mulleres ou a Plataforma Feminista Galega, pero tamén sindicatos, formacións políticas e multitude de colectivos locais preparaban para lanzar un berro común, nalgúns círculos de poder a convocatoría líase a medio camiño entre a desconfianza e a hilaridade. E pasoulles por riba.As rúas a rebordar daquel histórico 8 de marzo son imprescindibles para entender o 2018; o feminismo como vento de esperanza mentres en moitos lugares do mundo sopran refachos de regresiónAs rúas a rebordar no mediodía e no serán daquel histórico 8 de marzo son xa, inevitablemente, imaxes imprescindibles para entender o acontecido no 2018 que queda atrás. O feminismo como gran forza mobilizadora e de progreso social. Un vento de esperanza que sopra mentres en moitos lugares do mundo se fan fortes os refachos dunha vaga ben distinta. O abismo da regresión da man da extrema dereita. De Trump ou Bolsonaro en América á extrema dereita tocando poder en Andalucía co aparentemente inesperado tripartito xunto ao PP e Ciudadanos.O home previsible semellou non ver vir a acumulación de gases tóxicos no seu partido e acabou pagando politicamente por el e por todos os compañeirosDe esperanza, precisamente, falouse fugazmente na política institucional durante o ano que remata cando, ás portas do verán, o estourido da sentenza do caso Gürtel levou por diante o Goberno de Mariano Rajoy en España. O home previsible semellou non ver vir a acumulación de gases tóxicos no seu partido dende décadas atrás e acabou pagando politicamente por el e por todos os seus compañeiros. Tamén por Aznar, indisimulado padriño da nova extrema dereita auto presentada como desacomplexada, tamén do novo-vello PP.O PSOE de Pedro Sánchez chegou ao Goberno central tecendo as alianzas que afirmara como imposibles apenas dous anos antes. Con Podemos e as súas confluencias, pero tamén cos votos dos grupos soberanistas cataláns. Porque Catalunya é, sen dúbida, o outro gran compás da política do Estado un ano despois do referendo do 1-O e ás portas do transcendental xuízo aos líderes independentistas encarcerados.O presidente galego semellou estar a piques de marcharComo en gran parte dos fenómenos políticos estatais dos últimos tempos, o primeiro efecto da remuda no palacio de La Moncloa chegou a Galicia coa forma de repercusión colateral. Caeu Rajoy e os focos viraron cara a Alberto Núñez Feijóo. Un novo capítulo da case eterna serie Feijóo cara a Madrid, iniciada practicamente no primeiro minuto da súa chegada ao poder en Galicia naquel xa afastado ano 2009. O presidente galego semellou estar a punto de marchar. O PPdeG mesmo construíu unha escenografía que semellaba destinada para tal anuncio. Pero acabou anunciando o contrario e engrosando, cando menos aparentemente, as ringleiras da tropa do novo líder, Pablo Casado. Do seica herdeiro de Aznar.O falecemento dun paciente no PAC da Estrada sen atención médica prendeu todas as alarmasAs cábalas e especulacións sobre o futuro de Feijóo foron a música ambiental da política galega mentres no país de alén dos despachos oficiais e do escaso impulso político do Goberno, varios conflitos permanecían ou mesmo rexurdían. É o caso da sanidade, onde o falecemento dun paciente no PAC da Estrada sen atención médica nos primeiros días de agosto prendeu todas as alarmas. Mesmo na Xunta, que viu como amplos sectores do Sergas volvían poñerse en pé de guerra social e laboral. A gravidade da situación mesmo deu lugar a un episodio practicamente inédito na última década en Galicia: a unidade de toda a esquerda parlamentaria. Esa unidade das forzas da oposición reproduciuse tamén á hora de esixir contas ao Goberno a respecto das protestas do persoal dos medios públicos de comunicación. Dende o mes de maio o movemento Defende a Galega logrou inserir na axenda política galega -non así na mediática das grandes cabeceiras- a súa reivindicación a prol da pluralidade na CRTVG e en esixencia do cumprimento da lei dos medios públicos.Así e todo, a esquerda galega tampouco fallou no seu costume de desencadear algunha crise interna nunha ou varias das súas pólas en momentos de dificultades do PP en Galicia. Desta volta, en plena vaga expansiva da moción de censura que tombou a Rajoy o epicentro dos movementos sísmicos estivo no seo de En Marea, que remata o ano ensimesmada nas turbulencias derivadas das súas últimas eleccións internas, nas que se venceu a candidatura liderada polo seu actual voceiro, Luís Villares. Ás portas das transcendentais municipais a esquerda galega no fallou no costume de desencadear unha crise en momentos de dificultades para o PP; desta volta, o epicentro dos movementos sísmicos está no seo de En MareaMentres, neste caso o panorama está relativamente máis despexado no PSdeG, onde Gonzalo Caballero xa é candidato á Xunta con dous anos de antelación. Tamén no BNG, que tras un dos períodos máis convulsos da súa historia vive un período de placidez interna e mesmo de esperanza, con Ana Pontón consolidada no liderado.Todos eles ollan xa, en crise ou en calma, cara ás transcendentais eleccions municipais do vindeiro maio. Feijóo ten claro que vai facer todo o que estea na súa man para restar poder local á triunfante esquerda de 2015. Algúns episodios, a xeito de tráiler, permiten avanzar como será a película da campaña.O país seguiu sen respostas para problemas clave no seu futuro como a profundísima crise demográficaEstes e outros acontecementos políticos e sociais marcaron o ritmo dun 2018 no que Galicia seguiu sen apenas respostas para problemas clave no seu futuro como a profundísima crise demográfica ou, no eido laboral e produtivo, a necesidade dun cambio de modelo en industrias que, cada vez máis recorrentemente, amosan ás claras mostras do seu esgotamento. Cando menos, tal e como as coñecemos ata agora. Lenta, como a evolución neses eidos, é tamén a obtención de respostas a respecto do accidente de Angrois, cuxas vítimas seguen a loitar en todas as frontes cinco anos despois do sinistro.O ano no que o país tivo que despedirse de figuras como Xabier P. Docampo, Ernesto Chao ou Domingos Merino foi tamén o da inquietude polo futuro do patrimonio da emigración galega na Arxentina, de onde chegou A derradeira leición do mestre de Castelao lembrando, malia todo, as débedas pendentes da sociedade coas persoas represaliadas e asasinadas polos golpistas de 1936 e pola ditadura que derivou daquela insurrección. Son sobre todo débedas humanas e políticas, intanxibles, pero tamén materiais. Así o lembra o contencioso aínda aberto por bens como o Pazo de Meirás ou as esculturas do Mestre Mateo.O país despídese así, cun ollo na esperanza e outro no abismo, dun ano que neste xornal foi de mudanzas. Dixemos adeus ao deseño que acompañou os primeiros seis anos de Praza.gal e recibimos cunha aperta a Vinte, a nosa nova revista de sociedade, cultura e tendencias. Queda un mundo por contar e un país dende o que facelo. Niso andaremos. 2019, con ben veñas.
NOS_9807
Ao fondo da ría de Camariñas, na marxe esquerda do río do Porto, onde desemboca o rego de Carnés, sitúase a igrexa parroquial de Santiago de Cereixo. Nela sorpréndenos unha das portadas máis singulares do románico galego, no seu tímpano móstrase a única representación en pedra que hai na Galiza do traslado do corpo do Apóstolo Santiago. Pero a acolledora aldea de Cereixo conserva varios atractivos patrimoniais máis, como as Torres, un muíño de mareas, un carballo centenario e unha contorna harmónica e ben coidada. Cereixo non é a única igrexa románica da ría de Camariñas. Vindo de Moraime pola costa podemos visitar San Pedro de Leis e logo, na outra banda da ría, Santa María de Xaviña.
A Pobra de Cereixo e o seu porto eran coñecidos durante a Idade Media. O rei Afonso VIII (o sempre chamado IX), que seica botaba longas tempadas na Galiza, visitaría en dúas ocasións este lugar. López Ferreiro dinos que o fixo, procedente da Coruña, o 24 de febreiro do ano 1200. Salvador Parga Pondal na súa tese de doutoramento (1950) recolle que os días 24 e 25 de xuño de 1228, este mesmo rei asina seis documentos, posibelmente na antiga fortaleza, onde na actualidade se localizan as Torres de Cereixo, que pertenceron aos condes de Maceda, benfeitores do santuario de Nosa Señora da Barca. A tradición fálanos de que este porto foi atacado pola pirataría normanda e inglesa. Del Hoyo recolle que "esta villa [Muxía] fundaron los vezinos de Santiago de Sereza porque habiéndolos destruido los hereges ingleses fueron a Moraime y pidieron licencia para edificar en aquel puerto y el prior de Moraime se la dió". A tradición lendaria sobre este histórico lugar e a súa igrexa continuou até os tempos actuais, pois non hai moitos anos que unha muller desta parroquia nos contou este relato sobre o patrón desta freguesía. "Esto estaba antes todo cheo de mouros e Santiago botou os mouros fóra. Vén de morto para axudarlle a San Martín, que aquí chamámoslle San Martiño [...] e houbo tantos mouros mortos que desde entonces aínda se chama o Rego dos Mortos". A igrexa A igrexa de Santiago de Cereixo, situada na ladeira sueste do outeiro sobre o que se asentan as Torres, é un templo románico que, a pesar das reformas sufridas ao longo dos anos, goza dun bo estado de conservación. Consta dunha nave rectangular con teitume de madeira e unha ábsida coa mesma forma que se cobre con bóveda de canón dividida por un arco faixón que se apoia sobre columnas arrimadas, rematadas en capiteis con ornamentación vexetal. O arco triunfal de medio punto e dobrado repousa enriba de semicolumnas con capiteis decorados con motivos vexetais. As semellanzas entre este arco e o das igrexas de Leis e Xaviña son claras. Na parte interior do muro occidental da nave hai un longo perpiaño encaixado, con restos de inscrición, que podería corresponderse co lintel da porta dunha capela que houbo no muro norte. A igrexa de Santiago de Cereixo, a pesar das reformas sufridas ao longo dos anos, goza dun bo estado de conservación No exterior do templo, na ábsida, carente de fiestra no testeiro, destacan os canzorros dos muros laterais de motivos zoomórficos e antropomórficos, nos que se ven acróbatas e outras figuras humanas, unha delas aniñada e en actitude grotesca. No vértice do pinchón, sobre a figura dun año deitado, elévase unha fermosa cruz antefixa calada. No muro norte da nave sitúase a sancristía, de construción posterior, e no muro sur ábrese a fermosa porta románica. Os canzorros destes muros mostran tamén motivos variados: vexetais ou figuras de animais e humanas. A fachada meridional, modificada, conserva aínda a portada románica con columnas, capiteis e arquivoltas deste estilo. Tanto a fiestra rectangular como a espadana, engadíronselle no momento da reconstrución. A porta sur e a representación da 'Translatio' e 'Invention' Esta igrexa de Cereixo, de non ser pola súa porta sur, perdería o seu carácter senlleiro, e converteríase nun templo máis do románico rural galego, non obstante, a representación do traslado do corpo do Apóstolo Santiago esculpido no seu tímpano, transfórmaa nunha obra singular de notábel valor. Presenta esta entrada un arco de medio punto apoiado en columnas de fuste monolítico e capiteis con decoración vexetal. Os cimacios, nos que se apoian as dúas arquivoltas, tamén con decoración vexetal, prolónganse no muro. A arquivolta interior voltea sobre un arco modelado en bocel seguido de dúas medias canas, a interior decórase con pequenas rosas. Na clave represéntase unha figura cun báculo e mitra, en actitude de bendicir. Para Ferrín González, representaría o bispo Teodomiro, mais para Domingo Pérez-Ugena sería o apóstolo Santiago. A segunda arquivolta está decorada con círculos entrelazados, motivo que encontramos na base dunha das columnas de Moraime. Na clave mostra a figura dun anxo coas ás despregadas e un incensario na man esquerda en posición horizontal. O conxunto féchao un tornachuvias, enfeitado por un axadrezado. O tímpano susténtase directamente nas xambas da porta e no seu interior represéntase unha barca, das chamadas de tingladillo, que navega sobre un mar ondulado. Na barca aparece un corpo deitado e amortallado ao que rodean sete persoeiros, destacando o central polo seu maior tamaño, que porta un báculo, rompendo así a isocefalia. As dúas figuras situadas a ambos os lados da central estenden os seus brazos cara a imaxe xacente, semellando un xesto de protección. Aos catro persoeiros que ocupan os extremos, tan só se lles ve as cabezas. Estes sete personaxes son identificados como os discípulos de Santiago que recolleron o corpo do Apóstolo, unha vez decapitado en Xerusalén, e transportárono na barca até Iria, navegando baixo protección divina. O personaxe de maior tamaño é identificado como Santiago por Domingo Pérez-Ugena, mais, como afirma Ferrín, non ten moito sentido esta dobre presenza. Estamos ante unha das dúas representacións do traslado do corpo do apóstolo Santiago que hai na Galiza, a outra aparece no reverso dunha moeda descuberta na necrópole de Adro Vello (O Grove), datada no reinado de Fernando II (1157-1188). Nela vese sobre unha barca, a cabeza xacente de Santiago e dúas figuras que corresponden a dous dos seus discípulos. Trataríase da representación máis antiga da translatio. Consérvase no Museo das Peregrinacións de Santiago. Fóra do noso país existen outras dúas representacións desta lenda, en senllos capiteis. Unha no claustro da Colexial de Tudela (Navarra) e outra no transepto norte da catedral de Lleida. Este relato da translatio fíxase no século XII e tivo certa difusión, pero máis tarde, o auxe das peregrinacións e as contendas e tempos de conquista, levaron a que outras iconografías sobre o Apóstolo acadaran máis éxito, como o Santiago peregrino ou o Matamouros. Estamos ante unha das dúas representacións do traslado do corpo do apóstolo Santiago que hai na Galiza Para Ferrín as figuras que ocupan as claves das arquivoltas nada teñen que ver co relato da translatio e si co da invention do sepulcro de Santiago. A figura do bispo da clave da primeira arquivolta podería identificarse con Teodomiro. Estariamos entón diante dos dous relatos fundamentais nos que se asenta a tradición xacobea: a translación do corpo do Apóstolo e o descubrimento da súa tumba, que converten esta porta nunha das máis excepcionais do románico galego. Manifesta este mesmo investigador que a composición deste tímpano de Cereixo seméllase á da porta sur de Moraime, na que se representa o motivo da Última Cea. A distribución dos apóstolos neste último coincide coa dos personaxes de Cereixo. O de maior tamaño do central deste corresponderíase coa figura de Cristo, daquel. Tamén hai coincidencia na división de ambos os tímpanos en dous rexistros. No de Cereixo separados pola embarcación e no de Moraime pola mesa. Polo tanto, as dúas obras estarían relacionadas e serían produto dun mesmo mestre canteiro, ou de dous vinculados entre si. Para Ferrín, en Cereixo traballaron dous mestres ou talleres: un sería o realizador da ábsida, arco triunfal e capiteis, cunha clara influencia compostelá; mentres un segundo sería o autor das portadas e estaría estreitamente relacionado co mestre da porta sur de Moraime. Polo tanto, teriamos que datar a porta de Cereixo a comezos do século XIII. Un obradoiro e varios templos Os canteiros que traballaron en Moraime, coñecedores do que se facía en Compostela, levarían a súa arte, ben eles ou alguén vinculado ao seu círculo, ademais de Cereixo, a outras igrexas da contorna da ría de Camariñas como San Martiño de Ozón, San Pedro de Leis, Santa María de Xaviña ou Santa Mariña de Cabo Tosto, e incluso tamén a outras como Santa Locaia de Frixe. Os canteiros que traballaron en Moraime levarían a súa arte, ademais de Cereixo, a outras igrexas da contorna da ría de Camariñas Segundo o anterior autor, existen unha serie de elementos comúns sobre todo entre as igrexas de Leis, Xaviña e Cereixo, como os alzados exteriores, onde ademais se repiten temas da decoración dalgúns canzorros; así como motivos ornamentais utilizados arredor das portas como rosetas ou semicírculos. No seu interior destaca a similitude da estrutura do arco triunfal, de arco dobrado con dúas columnas a cada lado, característica que tamén se dá en Frixe; así como os capiteis das súas capelas maiores, que teñen un claro influxo compostelán, particularidade que se estende a Ozón e Santa Mariña. Outro trazo común aos tres edificios indicados anteriormente sería o aspecto exterior das súas ábsidas, nas que o muro do testeiro se eleva por enriba da caída do tellado. Entre Leis e Xaviña chama tamén a atención a coincidencia do arco lobulado que aparece nas fiestras da cabeceira. No caso de Leis, repítese tamén na fachada. Por isto X. Ramón Ferrín avoga pola intervención dun mesmo obradoiro nos tres templos que dan á ría, nos que poderiamos falar tamén dunha unidade de estilo.
NOS_57452
O BNG afirma que a taxa de desemprego "desmente calquera anuncio de recuperación" e demostra "o fracaso absoluto" das políticas da Xunta. O PSdeG reitera a Feijóo a súa proposta dun "pacto polo emprego".
As forzas políticas da opsoción valoraron esta terza feira os dados coñecidos coa Equisa de Poboación Activa en relación á taxa de desemprego do primeiro trimestre de 2014. Perante o incremento do número de persoas desempregadas en Galiza (16.100 máis que no trimestre anterior) o portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, asegurou que constitúen "a demostración do fracaso absoluto das políticas practicadas polo goberno da Xunta" ao tempo, acrecentou en comparecencia de imprensa após a Xunta de portavoces, que reflicten " a situación de alarma social" e de "emerxencia nacional" que atinxe Galiza. Jorquera (BNG): "Os dados da EPA son a demostración do fracaso absoluto das políticas practicadas polo goberno" O noso país, subliñou Jorquera, alcanzou o seu "récord histórico" coa taxa de paro coñecida esta terza feira situando a economía galega como "a segunda counidade onde máis sube". O PSOE ofrécelle, de novo, un pacto ao PP Para o voceiro parlamentar nacionalista os dados da EPA "desmenten calquera anuncio de recuperación" mesmo no Estado español pois, embora reducirse o número de persoas desempregadas en 2.300 "destrúese emprego" (máis de 184.000 postos de traballo en tres meses). Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, tamén tildou de "alarmante" a situación laboral en Galiza. Besteiro (PSOE): "Non estamos perante un escenario de recuperación" "Non estamos perante un escenario de recuperación económica", asegurou, senón todo o contrario. O líder d@s socialistas salientou o número de fogares con todos os seus membros no paro (101.500) e reiterou a proposta que o PSdeG presentou ao Partido Popular para confluíren nun "pacto polo emprego". Para Besteiro "agora máis que nunca é preciso que o PP e o presidente Feijóo retomen e valoren a proposta" que o pasado ano lle presentou o PSdeG. O PP fala da "contención" do paro como "un feito" e din que as "circunstancias climatolóxicas" teñen a ver co aumento do desemprego no sector primario O Partido Popular fai malabares cos dados da EPA para asegurar que a situación laboral en Galiza non é tan mala pois, "a contención do paro é un feito" e "non ten volta atrás", afirman nun comunicado. O partido que apoia o goberno da Xunta asegura que "a taxa de paro entre 2013 e 2014 aumenta a metade (0,9%) do que en 2012-2013". Uns dados que para o PP reflicten "a contención na destrución de emprego". Unha conclusión lonxe da realidade pois Galiza perde ocupación e deixa no primeiro trimestre de 2014 16.100 persoas máis no desemprego. Tamén así, acoden á comparativa coa media do Estado español para se gabaren de que "o diferencial" entre os case 26 puntos de paro no conxunto da economía española son un 3% máis do que o máximo histórico de Galiza en canto a persoas desempregadas (23,20%). Afirman que as "circunstancias climatolóxicas" durante os primeiros meses do ano son as responsábeis da destrución de emprego na agricultura e a pesca, os dous sectores máis prexudicados segundo a EPA logo da construción.
NOS_45672
Especialista informático que revelou a existência de programas massivos de vigilância pela net implantados pelos EUA já saiu do aeroporto de Moscovo acompanhado da ativista da Wikileaks que o assessora, com destino desconhecido.
A Wikileaks anunciou através do Twitter que Edward Snowden recebeu um asilo temporário na Rússia por um ano e já deixou o aeroporto de Moscovo sob os cuidados de Sarah Harrison, a ativista da organização fundada por Julian Assange que deu apoio a Snowden desde que, em Hong Kong, o especialista em informática fez as suas denúncias. Noutro twit, a Wikileaks agradece ao povo russo e a todos os que ajudaram a proteger o norte-americano, a quem o governo dos EUA retirou o passaporte. "Ganhámos a batalha – não a guerra", conclui. Segundo a Associated Press, o advogado russo Anatoly Kucherena confirmou a informação, e disse que levou os papéis a Snowden nesta quinta-feira, permitindo assim que deixasse o aeroporto de Sheremetyevo, onde permanecia bloqueado desde que chegara de Hong Kong em 23 de junho. O advogado disse que o destino do norte-americano não será divulgado por motivos de segurança. A Casa Branca já tinha pedido ao governo russo que o extraditasse para os EUA, onde seria processado por espionagem, mas o governo de Putin não o aceitou. O presidente russo colocou como condição para a concessão do asilo que Snowden suspendesse a revelação dos segredos dos EUA. Kucherena disse que Snowden aceitou a condição. Info tirada de esquerda.net
NOS_11306
A Marcha Mundial das Mulleres pon en andamento unha campaña contra a educación do medo.
"De volta a casa quero ser libre, non valente" é o título da ampaña que vén de iniciar a Marcha Mundial das Mulleres. A maiores da difusión activa nas redes e da pegada de carteis nas rúas de Vigo, a organización ten prevista para a próxima quinta feira unha performance/acción na na rúa do Príncipe de Vigo ás 19:30 horas. Esta campaña quere denunciar tamén o tratamento do asasinato de Diana Quer nos medios sensacionalistas. A cobertura deste caso baseouse na reitarada culpabilización á vítima e a súa familia. Focalizar a atención sobre a roupa que levaba ou as horas ás que estaba na rúa alimenta á cultura da violación e dá pé a que nenas e rapazas sexan educadas no medo. Para a Marcha Mundial das Mulleres, a consideración deste crime como un caso de violencia machista é "fundamental" e "abre un camiño de xustiza negado todos estes anos". A necesidade de rachar coas condutas que nutren esta lacra social é palpábel cando atendemos aos datos: no 2017 foron 48 as mulleres asasinadas como vítimas da violencia machista, ás que a MMM suma 50 non consideradas como tal de xeito oficial. "A reivindicación é clara: que todas estas mulleres sexan consideradas como vítimas da violencia machista a todos os efectos e sen ambigüedades", explican no seu manifesto. É esencial concentrar a atención sobre todas as violencias previas que sofren as mulleres antes dun asasinato e asumir que este é o fin último de todas as agresións que sufrimos e interiorizamos na nosa vida diaria.
PRAZA_843
E o "Untamiento", como mecanismo administrativo que é, tamén precisa dun chisco de unto para que os papeis esvaren a catro pés de mesa en mesa, de caixón en caixón, de negociado en negociado, evitando sempre quedar atuados nun recanto escuro ou caer engorromellados no fondo dunha papeleira
En el principio era el Ayuntamiento, y el Ayuntamiento se hizo Untamiento y habitó entre nosotros." (Biblia apócrifa da Balouta) Así rezan os manuscritos paleocristiás atopados por Xan de Antón, o troiteiro de Cadrón, agochados nas fendas retortas dunha pena nas beiras do río Grande, a trinta pasos arriba dos rápidos da Férvida. Están escritos en castelán, a lingua natural, orixinaria e universal de Deus Noso Señor. Nun principio foi o "Ayuntamiento", barbarismo que deriva de "ayuntar" e designa a casa grande da vila onde se xuntan os concelleiros e mailo alcalde para administrar os asuntos municipais. "Ayuntamiento" era un nome mais do Poder. Outros nomes eran "Guardia Civil", "Iglesia", "Unión Fenosa", "don José"… Todas elas palabras sagradas que non precisaban de tradución ningunha, nin sería aquelado facelo xa que se podería entender coma unha falta de respecto. Coma pode ser a palabra "pulpo" na comarca do Carballiño, para que se me entenda. Así que nós iamos arranxar papeis ao "Ayuntamiento". Pero de tanto ir e volver, e por mor do noso farfallar escuro e pechado, a primeira letra que caeu da matricula foi o "y", pictograma inexistente no noso abecedario; e daquela, comezamos a dicir "Auntamiento". Pero a cousa tampouco quedou aí, e despois dun tempo, alguén caeu na conta de que viaxar ao "Auntamiento" era moita vogal xunta unha tras outra: "ao aun..." A diferencia das consonantes, as vogais pódense falar xuntas, pero tampouco é cousa de abusar, que todo ten o seu punto medio de equilibrio. Así que o "a" de "Auntamiento" foi caendo, e cando nos quixemos dar de conta xa nos entendiamos falando de "Untamiento" para aquí e "Untamiento" para aló. Pero "Untamiento" xa non derivaba de "ayuntar" senón de untar, que non era o mesmo. Non era cousa de que un proceso natural de deturpación desembocara no abismo e que a palabra sagrada orixinaria perdera o seu significado todo; e tampouco queriamos que o día de mañá lle foran estoupar os miolos aos nosos lexicógrafos nas pescudas sobre a razón de chamarlle "Untamiento" á casa consistorial. Houbo daquela moito debate e de moita altura sobre o asunto, e o Sanedrín das Eiras ditaminou que as dúas palabras ben podían pasar por sinónimos, ou cando menos, palabras complementarias. Porque si era certo que na casa grande da vila se axuntaban alcalde e concelleiros, non era menos certo que naquela casa o unto rebordaba polas regañas das portas e polas fiestras desaboladas. "Axúntanse para mellor untarse, é todo falar do mesmo", resumiu o barbeiro, sempre querendo facerlle a fibela ás regueifas. "Ou úntanse para mellor xuntarse, que tamén se da", retrucoulle o taberneiro, outro que tal bailaba. Despois, o cesteiro, que facía de escriba do Sanedrín, anotaba na seu caderno pautado: "Untamiento. (Deturpación do barbarismo ayuntamiento) s.m. Casa grande do municipio onde se atopan as oficinas administrativas, onde se reúnen os concelleiros e mailo alcalde, e onde se recollen as unturas varias dos veciños." A nova palabra pasou axiña a ser de uso cotiá e universal. A xente da Balouta, emprendedora e devota dos enxeños mecánicos mais avanzados, sabía moi ben que os mecanismos precisan de lubricante para diminuír o rozamento das pezas e que todo vaia coma a música. E o "Untamiento", como mecanismo administrativo que é, tamén precisa dun chisco de unto para que os papeis esvaren a catro pés de mesa en mesa, de caixón en caixón, de negociado en negociado, evitando sempre quedar atuados nun recanto escuro ou caer engorromellados no fondo dunha papeleira. O papel timbrado non é folla vulgar: é de alto gramaxe e textura engurrada, o que dificulta moito o seu trasfego de lugar en lugar. Daquela, uns quiliños de troitas do Río Pequeno (tamén chamado das Abellas), un xamón ben curado nas abas do Farelo, medio remolque de millo ou patacas, un año de leite, dous capóns ben cebados, unha galiña poñedora, ou mesmo un feixe de billetes verdes poden untar o papel e convertelo nun avión papirofléxico de supersónica velocidade. Hai catro anos, en 2011, o presidente Camps, enzoufado en corruptelas varias, revalidou a súa maioría absoluta na Comunidade Valenciana. Catro anos despois, coma quen di onte, o PSOE saíu vitorioso nas autonómicas, a pesares do escándalo dos ERE e dos Cursos de Formación. "Por que?", diría o filósofo portugués José Mouriño. "Porque a corrupción e mailo roubo non son males absolutos. Todo depende. Depende se o corrupto é dos meus ou dos outros; depende de quen rouba e a quen rouba ... Depende moito .. Ademais, como o untar non se vai acabar, a estes xa lles coñezo o padal", diríache un baloutés.
NOS_27981
O portavoz do BNG rexeitou "mimetismos" e incide en que os intereses de Galiza son diferentes dos de Catalunya e dos de Madrid.
Galiza precisa dunha "estratexia de país" para defender os seus intereses como nación dentro da "imparábel" reformulación institucional e territorial do Estado español. Esa é a constatación que o 9N deixa para o BNG, segundo o seu portavoz nacional, Xavier Vence, que advirte do risco de que Galiza fique no papel de "simple espectadora". Artellar unha "posición común maioritaria" que defenda Galiza fronte as políticas e medidas "centralistas e reaccionarias que gobernan no Estado español" sería un dos alicerces desa aposta. E emprazou a Feijóo a que exerza de presidente dos galegos e "non se limite a ser ariete dos intereses do PP e do Goberno central contra Catalunya". Para Vence, o goberno galego "tería que ter unha estratexia propia de país que nos permita participar activamente nesa redefinición do mapa institucional e territorial do Estado español, no que Galiza ten que reclamar o recoñecemento pleno do seu carácter nacional, para acadar autogoberno suficiente para decidir as políticas que garantan o noso futuro". Sen mimetismos Para o portavoz da fronte nacionalista "os intereses de Galiza son moi diferentes dos de Catalunya ou Madrid e, polo tanto, precisa un proxecto e unha estratexia propias para defender os seus intereses neste debate territorial e institucional aberto no Estado español". Por iso é preciso mudar "a correlación de forzas" para que á fronte do país haxa organizacións políticas "que representen os intereses deste galegos por riba por todo". É a maneira de garantir que Galiza se manteña "en primeira liña como nación", enfatizou. Vence puxo en valor a alta participación na consulta catalá, "malia todos os atrancos", con dous millóns de persoas que aspirar a converter Catalunya nunha nación.
PRAZA_237
Praza Pública celebra o seu terceiro aniversario co reto de consolidar e facer medrar o proxecto, para o que o apoio da comunidade segue a ser imprescindible. O público do xornal incrementouse en 100.000 persoas no último ano.
Unhas 8.700 novas, máis de 24.000 'fálases', arredor de 15.000 fotografías e case 600 sinaturas diferentes. Son algunhas das cifras que nos deixan os tres anos de traballo que xa transcorreron dende que, o 1 de febreiro de 2012, Praza Pública botou a andar para "contar o mundo desde Galicia". Eses números poden dar boa conta dos numerosos acontecementos que pasaron polos teclados da redacción do xornal dende aquela primeira portada na que contabamos que Novagalicia Banco agardaba pola reforma financiera que podía supoñer o seu final, explicabamos a oposición social que xeraba o proxecto de construción dunha nova Sogama ou repasabamos a xestión dos primeiros tres anos de Feijóo na Xunta. Tres anos despois a Praza pensada dende e para internet segue a se alargar e os seus habitantes collen novos folgos. Tras o primeiro trienio os obxectivos e desexos sinalados no primeiro editorial de Praza seguen plenamente vixentes. O xornal e a fundación que o sustenta naceu para "aumentar o pluralismo informativo" e tamén "para exercer a pluralidade de voces, de visións e de perspectivas, sen máis liñas vermellas que aquelas que nos definen como proxecto comunicativo: a defensa do autogoberno, do progreso e do benestar da cidadanía galega, e mais a reivindicación da lingua e da cultura galegas como valores esenciais desa Galicia que vén". Despois destes trinta e seis meses eses seguen sendo os puntos cardinais que, con erros e acertos, orientan Praza cada día. Dende o inicio a vocación de Praza é ser un xornal do seu público. Por iso o compromiso das lectoras e lectores coa difusión e tamén co sostemento económico do medio segue a ser imprescindible. Tal e como viñemos informando, nos últimos meses logramos entre todas e todos dar importantes pasos para achegarnos ao obxectivo de lograr a sustentabilidade económica do proxecto. Isto sucede grazas ao compromiso da comunidade e tamén á lixeira mellora dos ingresos publicitarios procedentes das asociacións, empresas e institucións que nos veñen dando o seu apoio. Como proxecto sen ánimo de lucro que é, todas as melloras económicas repercuten directamente na elaboración do xornal e un escenario máis favorable permitirá poder abordar novos retos xornalísticos ao longo de 2015. O compromiso da comunidade co sostemento de Praza segue a ser imprescindible Todo isto sucede tras un ano, o 2014, no que Praza pasou do .com ao .gal, no que continuou coa edición de libros en colaboración con Meubook e aumentou o seu público en máis de 100.000 persoas. O incremento de usuarios e usuarias únicas foi, segundo Google Analytics, superior ao 20%, ata superar os 600.000, con máis de 3 millóns de páxinas vistas. Os datos dinnos que este é un xornal mozo e o noso público tamén. O 61% está na faixa de 18 a 34 anos, o 28% entre 35 e 54 e o 11% restante ten 55 ou máis anos. Moitas destas persoas que se achegan fanno a través das redes sociais, especialmente a través de Facebook e tamén de Twitter, rede na que Praza é o medio en galego con máis seguidoras e seguidores. En 2014 Praza aumentou o seu público en máis de 100.000 persoas Este é o escenario no que Praza Pública afronta o seu cuarto ano de existencia. Faino nun ano informativamente apaixonante no que a redacción, a fundación e a comunidade seguirán da man coa vista posta en novo proxectos e no futuro de Praza, do país e do mundo. Ademais de na rede, nas vindeiras semanas celebraremos o noso terceiro aniversario coas amigas e amigos de Praza no mundo 'real'. Seguimos adiante! Apoia Praza Pública Anunciarse en Praza
PRAZA_9902
A líder do Bloque augura ante a factoría da pasteira en Pontevedra que Carme da Silva "vai ser deputada" e o seu voto tornará en "decisivo" para que "máis cedo que tarde, ENCE saia da ría"
"Teos moi claro que o que está por tras son os intereses económicos de ENCE e os intereses políticos do PP" ata "confundírense" entre si. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegura ter claro quen son os "responsables directos" das "prácticas mafiosas" sufridas nas últimas semanas pola cabeza de lista da formación ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Carme da Silva, tamén concelleira no goberno local de Pontevedra.Pontón: "Todo o mundo sabe que por tras desas pintadas contra Carme da Silva están os poderes económicos que representa ENCE"Despois de que, en apenas dez días, Da Silva "tivese que soportar en dúas ocasións pintadas ameazantes diante da súa casa", a líder do Bloque, a propia candidata e outros membros da formación soberanista acudiron este xoves ás inmediacións da factoría de ENCE, á beira da ría de Pontevedra, para advertir a quen "non se atreven a dar a cara" que "o BNG non se amedrenta" e que tampouco van lograr "os seus obxectivos" que, afirma, pasan por que o Bloque non logre representación o 28A."Todo o mundo sabe que por tras desas pintadas contra Carme da Silva están os poderes económicos que representa ENCE" e "tamén, claramente, esa dereita do PP de Feijóo que se subordina e son correa de transmisión desta empresa". Non en van, subliña, no consello de administración da pasteira sentan na actualidade "un ex-conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, e unha ex-ministra de Medio Ambiente de Aznar, Isabel Tocino".Diante destas ameazas, que reitera como "mafiosas", Pontón advirte de que o BNG e a propia Da Silva "non van dar un paso atrás" na "defensa de que ENCE saia da ría". "Carme da Silva -augura- vai ser deputada" e o seu voto tornará en "decisivo" para que "máis cedo que tarde, ENCE abandone a ría" e Pontevedra teña a "oportunidade de recuperar a ría e xerar emprego" en torno a ela, "igual que o fixeron outras cidades que sacaron as industrias contaminantes das súas rías".A líder do Bloque augura que Carme da Silva "vai ser deputada" e o seu voto tornará en "decisivo" para que "máis cedo que tarde, ENCE saia da ría"A propia Da Silva, avanza Pontón, ten intención de impulsar iniciativas no Congreso contra as "portas xiratorias" das que ENCE constitúe "un exemplo de manual". "Foi privatizada por Aznar a prezo de saldo facéndolle un favor á súa corte de amigos" e despois, resalta, beneficiouse da "prórroga concedida polo Goberno de Rajoy" a cal demostra, ao seu xuízo, que "os intereses privados están por riba do interese xeral" e que "a corrupción non está só 'en b', tamén existe 'en a".Neste contexto, Pontón tamén di lamentar non escoitar, ata o momento, "nin unha soa condena" por parte do presidente da Xunta das ameazas a Carme da Silva. "Algúns -láiase- son capaces de xogar moi sucio con tal de manterse no poder e evitar" que o BNG retorne ao Congreso, afirma. Nos últimos días esa declaración de condena si chegou, non obstante, por parte da cabeza de lista do PP ao Congreso pola circunscrición pontevedresa, Ana Pastor.
PRAZA_12145
A consciente recreación dun universo archicoñecido, cos rasgos sobranceiros da iconografía cinematográfica, conduce The Artist aos terreos do pastiche máis elemental. Carece, ao meu xuízo, da oportuna ollada irónica, da chiscadela necesaria que desarme o artefacto, preparado só para engaiolar (en sentido amplo) a uns espectadores/as que ven cumpridas minuto a minuto todas as súas expectativas. Esas expectativas que leva impresas desde a mesma infancia.
The Artist é un divertido pastiche, mesmo emotivo e de mecanismo dramático ben calibrado. Non poño en dúbida os méritos para gañar o Oscar (en galego non é agudo coma en asturiano?) deste ano: máis ca nada porque non mirei a meirande parte do resto de rivais, agás o poema alegórico dantesco de Malick (máis atractivo polo seu carácter lírico que polo tema en sí mesmo, de nulo interese para min) e a comedia falsamente lixeira de Woody Allen, que, ao meu xuízo, está a uns cantos anos luz en talento e profundidade intelectual da peliculiña francesa de Hazanavicius. Non vou negar que o pasei deliciosamente coas aventuras dese prototipo caricaturesco a medio camiño entre unha impostura de Douglas Fairbanks e un sucedáneo daquel Adolphe Menjou de Unha muller de París. Nin tampouco coas notas coloristas dun canciño tirado do gramófono da voz do seu amo, quen, a falta de maior fondura dramática, cubre con numeriños circenses o baleiro do guión. Non sentín perder o tempo tampouco coa protagonista feminina, a pesar da traxectoria agardable, mesmo nos seus detalles máis íntimos, do seu personaxe de corista en ascenso meteórico e fulgurante ata actriz principalísima. A historia que apenas queda fiada na película lembra demasiado as vicisitudes de Cantando baixo a chuvia no seu relato do comezo do cinema sonoro, con ecos máis ca evidentes, ao límite do plaxio, de esceas, planos e asuntos afíns. Se cadra, só a ocasional caída en desgracia do personaxe que borda Dujardin (ese The Artist, por antonomasia), contada con elementos algo sórdidos (digo algo, porque ata o incendio fica edulcorado para maior gloria da imitación compracente), pode superar tanta débeda co cinema pioneiro de Hollywood. Aínda así as pegadas doutro clásico indomable coma Sunset Boulevard, coa historia dun descenso delirante, aparecen para completaren o cadro de diáfanas herdanzas. A consciente recreación dun universo archicoñecido, cos rasgos sobranceiros da iconografía cinematográfica, conduce The Artist aos terreos do pastiche máis elemental. Carece, ao meu xuízo, da oportuna ollada irónica, da chiscadela necesaria que desarme o artefacto, preparado só para engaiolar (en sentido amplo) a uns espectadores/as que ven cumpridas minuto a minuto todas as súas expectativas. Esas expectativas que leva impresas desde a mesma infancia, inducidas, con maior ou menor resistencia, mediante fascinantes sesións continuas e tardes infinitas de comedias amables e tenras en crocado branco e negro. Hollywood premiou o recordo doce e elegante (sen asomo de fendas ambiguas ou paródicas) da súa propia construcción histórica, da súa mesma educación sentimental colectiva. A novidade é que o pastiche, para que o nome cadrara, tivo que proceder do mesmo país de Proust, de Flaubert e de Méliès.
NOS_24879
A Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto convoca concentracións en vilas e cidades coincidindo coa aprobación do anteproxecto de reforma no Consello de Ministr@s.
Após os informes emitidos polos órgaos consultivos que exixe a lexislación para proceder á presentación do proxecto de lei, o goberno español podería levalo ás Cortes o vindeiro mes de xullo. E todo apunta que así será. Desta maneira o executivo de Mariano Rajoy aproveitaría o período vacacional e de escasa actividade institucional para aprobar unha das reformas máis rexeitadas nas rúas do Estado español. De igual maneira que fixo coa presentación do propio anteproxecto, que anunciou no mes de decembro coincidindo coas ferias de Nadal. Desde a Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto lanzaron através das redes sociais unha #alertafeminista coa que advirten da inminencia da reforma. Aliás, convocan concentracións, din, no mesmo día en que o executivo dea luz verde á proposta. Serán ás 20.00 horas. HORAS E LUGARES Vigo: Farola de Urzáiz Coruña: Obelisco Pontevedra: Praza da Peregrina Compostela: Diante do Parlamento Ourense: Subdelegación do Goberno Ferrol: Praza do Concello A Mariña: diante do Concello de Ribadeo Cangas: diante do Concello (19:00h)
NOS_22879
Os tres persoeiros -Feixoo, Adrià e Eastwood- comparten unha importante condecoración que provén do continente asiático.
O embaixador do Xapón no Estado español, Kenji Hiramatsu, fixo entrega, en nome do emperador Naruhito, ao presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, da condecoración Orde do Sol Nacente, Raios Dourados con Cinta Colgante, pola súa "gran contribución" á promoción da cultura nipoa no Estado español, así como pola irmandade entre a Galiza e o país asiático. Nun acto en Compostela no que se lle fixo entrega dun diploma e dunha medalla, Feixoo afirmou que é "toda unha honra" recibir esta distinción que se outorgou a personalidades como o cineasta Clint Eastwood e o chef Ferrán Adrià. O embaixador nipón, que destacou a Galiza como unha "marabillosa terra", lembrou que o emperador Naruhito visitou Compostela en 2013, entón como príncipe herdeiro, onde foi recibido por Feixoo e ambos fixeron un tramo do Camiño. Precisamente, Núñez Feixoo aproveitou a súa toma da palabra para convidar a Naruhito a volver realizar o Camiño de Santiago en ano Xacobeo, o que sería "unha inmensa honra". Kenji Hiramatsu destacou a irmandade entre a Galiza e a prefectura de Wakayama, "cunha profundidade a nivel cultural e espiritual", á vez que subliñou que "avanzou enormemente" a colaboración entre empresas. Así, o embaixador explica que o seu país valora que, "a nivel persoal", Feixoo "tivo moito respecto, interese e comprensión pola cultura xaponesa". Irmandade entre a Galiza e o Xapón Despois de serlle imposta "unha das máis altas distincións" do Xapón, Feixoo referiuse á lenda xaponesa dun fío vermello invisíbel que une as almas xemelgas para destacar a irmandade de "dúas terras tan dispares" como a Galiza e o país nipón. Lembrou que foi en 1998 cando o ex presidente da Galiza Manuel Fraga deu os primeiros pasos para estabelecer nexos entre a comunidade galega e Wakayama. Ademais da irmandade do Camiño de Santiago cos roteiros Kumano e Shikoku-Henro, agora iniciaron as conversacións para ampliar esta unión ao Camiño Kannon, o roteiro relixioso máis antigo do Xapón. Feixoo deu conta de similitudes entre o Xapón e a Galiza, como ter ás "poboacións máis lonxevas de todo o mundo", unha dieta con gran presenza de peixes, así como contar con roteiros de peregrinación declarados Patrimonio da Humanidade. O presidente galego avoga por "impulsar o turismo en ambas as direccións". Subliña que os peregrinos xaponeses se triplicaron desde 2009 -foron 1.450 en 2019-, aínda que esa chegada a Compostela "paralizouse" por culpa da pandemia. Con todo, espera que se retome o "impulso" unha vez superada a crise do coronavirus. Nesta liña, avoga por ese intercambio en diferentes proxectos educativos, oceanográficos, gastronómicos e industriais. Remarca a xanela de oportunidades existente en produtos agrícolas e pesqueiros, así como para a automoción e o naval. Aquí, chamou a atención a achega do interese de Showa Denko para crear na Coruña unha planta de grafito para baterías de automóbiles eléctricos, á vez que puxo en valor o acordo entre Toyota e Stellantis para fabricar en Vigo a furgoneta Proace City. A Xunta ten previsto abrir este ano unha oficina do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Tokio. Finalmente, o presidente da Xunta tivo un recordo para Megumi Shiozawa, falecida en 2020, que foi presidenta da Casa da Galiza de Xapón.
NOS_42876
Nun ano no que o impacto, brutal, da Covid-19 ameaza con esvaecer calquera outra realidade, unha data como a de hoxe serve para nos lembrar que, semanas antes da pandemia, a violencia machista acabara coa vida de Manuela Iglesias e Clara María Expósito e que aínda no confinamento os xulgados acumularon centos de denuncias de mulleres por unha situación que non cesa por máis que se invisibilice. Plataformas feministas, colectivos e voces individuais chaman hoxe á mobilización, malia as restricións, para que iso non ocorra.
O impacto do coronavirus fixo mudar a orde de de prioridades das Administracións para tratar de frear as consecuencias sociosanitarias e económicas dunha pandemia que leva oito meses marcando a actualidade. Mais o mundo non parou aquel 14 de marzo no que se declaraba o primeiro estado de alarma que abría un período inédito, primeiro de confinamento e despois de incerteza e esa. Esta unha das alertas que lanzan neste 25-N Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, as entidades, asociacións e colectivos que neste 25-N queren poñer a atención sobre todas as mulleres que tamén este ano sufriron o machismo agravado polas consecuencias emocionais, laborais e de recursos que trouxo a Covid. Que a violencia contra as mulleres seguiu operando durante os meses de reclusión domiciliaria sábeno no dispositivo de garda de atención psicolóxica para vítimas do Colexio de Psicoloxía, que actúa de urxencia no momento posterior a un incidente agresivo, e que se reforzou durante aqueles meses para seguir prestando o servizo de maneira telefónica. "As denuncias si baixaron no confinamento, pero non os casos. Ao contrario, incrementaronse as agresións e a virulencia das mesmas", confirma Fátima Rodríguez, coordinadora desta quenda, quen salienta a axilidade do Colexio para activar "desde o primeiro momento" o seu plan de continxencia para reforzar a atención "e para recomendar ás Administracións que fixesen o mesmo". "Ante unha situación como esta pandemia global, todos e todas estamos expostas e estrés continuado, pois é unha emerxencia que nunca antes viviramos. Nas mulleres vítimas de violencia e nos homes que a exercen xa había risco previo así que a vulnerabilidade medra. Isto é algo que está documentado: nunha situación de crise a violencia interpersoal –e non só de xénero– aumenta", expón, para apuntar que neste período tamén as mulleres mudaron as estratexias para afrontar a súa situación e protexerse, a si mesmas e ás persoas ao cargo, nos momentos críticos, como son a ruptura, a denuncia e a saída do fogar. Neste sentido, indica, no confinamento reducíronse as denuncias pero aumentaron as chamadas ao teléfono de atención 016. En efecto, as estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial constatan a diminución das denuncias que chegaron aos xulgados galegos no segundo trimestre deste ano. Foron 1.489, 7,3% menos que no exercicio anterior, ás que se suman outras 1.397 correspondentes ao primeiro trimestre, cando as restricións comezaron a ter impacto. As chamadas ao 016 entre xaneiro e setembro sumaron 2.561, segundo os datos da Delegación do Goberno estatal, que contabiliza na actualidade 3.732 casos activos de violencia machista. Incertezas Como certifica a presidenta de Asocim, a asociación galega de profesionais de Centros de Información ás Mulleres (CIM), Montserrat González, se algo quedou patente após o confinamento é a "angustia" e a "ansiedade" que a situación sanitaria e social derivada da pandemia bota enriba das usuarias destes servizos. "Enriba da problemática que xa tiñan pola súa situación persoal está a incerteza dun futuro económico, laboral e social no que non saben como van saír adiante", expón a experta, lembrando que as mulleres son as principais prexudicadas do impacto sociolaboral do virus. "Economicamente desde logo, porque onde a economía xa favorecía o sector masculino, con isto teremos aínda máis paro feminino, máis incidencia nos ERTE, máis emprego parcial e reducións de xornada, máis traballo somerxido e máis coidados, porque elas son as que máis están na casa", advirte. Galiza conta cunha rede de 82 CIM, un recurso de titularidade municipal dirixido a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral e información en materia de recursos e de igualdade de oportunidades. Segundo un estudo realizado pola Fegamp –a Federación galega de municipios e provincias– e dado a coñecer onte, até 17.000 mulleres foron atendidas nos centros galegos en 2019. As conclusións deste traballo apuntan á necesidade de adecuar o financiamento que perciben ás prestacións reais dos CIM, á conveniencia dunha estratexia sobre a súa localización que atenda a realidade xeográfica e demográfica galega e a urxencia de dotalos de máis recursos materiais e humanos. A este respecto, o estudo dá un exemplo: só 5% dos centros contan co perfil de auxiliar administrativo que alivie a carga burocrática ou que evite interrupcións na atención ás usuarias por "ter que abrir a porta ou coller o teléfono". [Podes ler a reportaxe completa no Nós Diario en papel, que podes atopar nos quioscos e puntos de venda habituais ou na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte aquí]
NOS_14746
O marido de M.R.B. foi prendido pola policía e a Delegación do Goberno confirmou que o denunciara en 2014. A muller presentara denuncia por malos tratos físicos e psíquicos mais retirouna antes de chegar a xuízo. investigación de Narón permanece aberta.
M.R.B. e C.P.C foron asasinadas nos concellos de Mos e Narón, respectivamente, entre o mediodía e as 22.30h do 29 de decembro. Segundo as axencias de noticias as pesquisas policiais mantéñense abertas e non se descarta ningunha posibilidade se ben, no crime de Mos foi detido o compañeiro dela após prestar declaración en calidade de investigado. En ambos os dous casos foron os homes os que chamaron a Emerxencias para informaren de que atoparan o corpo das mulleres no interior da vivenda familiar. Neste senso a Delegación do Goberno español na Galiza confirmou que M.R.B presentara unha denuncia en 2014 contra o seu compañeiro por violencia machista (física e psicolóxica). M.R.B (Mos) foi asasinada dun golpe na parte traseira da cabeza. Trátase, á espera de confirmación policial, da sétima muller asasinada pola violencia machista de 2015, de acordo coas cifras oficiais. C.P.C. foi acoitelada e degolada. Porén, as investigacións aínda non determinaron a motivación do crime. Fe de grallas. Esta información foi modificada por volta das 12.20h para corrixir as iniciais da muller asasinada en Mos M.R.B.
NOS_22084
Levaba tempo desaparecida, fóra de combate, sen escribir nos xornais nin publicar libros. Por iso unha das mellores novas deste ano foi o regreso de Lupe Gómez ás librarías con Camuflaxe (Chan da Pólvora), un libro encolledor de almas que escribiu para a súa nai falecida. Entrevistámola no Sermos Galiza 240. Aquí, un extracto da conversa.
Lembro o impacto da chegada do teu primeiro libro, Pornografía. Fora como unha bomba na nosa xeración. Autoeditado, corría de man en man, tamén entre xente que non era necesariamente consumidora de poesía. Para min tamén foi unha explosión, e algo moi necesario. Eu acórdome que daquela enviábao a premios, a editoriais -eu tiña 20 anose facía moitos recitais nos bares, en Santiago, e sentín esas ganas de que o libro saíse adiante. E a autoedición foi un pouco como agora: amigos que nos axudamos por esa paixón pola palabra poética, pola palabra recitada, porque Pornografía naceu moito como palabra recitada. E creo que a miña obra é moito palabra para dicir, para berrar, máis que para escribir e para encriptar e para encerrar na palabra escrita. Os teus poemas son moi directos, mesmo moi dramatizábeis. Si, eu síntoos así, como moi vivos, e cando escribo emociónome eu mesma. Eu sinto a literatura como algo dialogado, algo dramático. Fun crítica de teatro, vin moito teatro, escribín algúns libros de teatro, e sempre relacionei moito a poesía con iso, porque é relacionar a palabra morta coa palabra viva. Para min a poesía é un lugar de emoción, e a emoción é algo político tamén. A emoción como unha arma, a arma dos pobres, que digo aquí nun verso. Tamén levaches á poesía termos non habituais nela, como regra, útero, tetas. Fóra de excepcións, a poesía galega peca/ pecou sempre dun certo puritanismo, non? Hai medo das palabras. Eu era moi rachadora naquel momento, ao mellor pola inconsciencia da idade, que me daba ese descaro. Era a forma que me daba a xuventude e os poucos anos que tiña, e facíao con inocencia. Hai xente que lle repateaba, como se me odiasen un pouco, aínda que eu nunca quixen espertar ese sentimento na xente. Pero aínda así, alégrome de ter sido valente e descarada, e de falar con ese tipo de palabras, que está ben sacar as palabras dos seus ámbitos reducidos, dos seus cuartos prohibidos. Porque iso é a liberdade, escribir sen censurarte a ti mesma. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 240, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
PRAZA_13374
Sobe máis que a media estatal e sitúase nos 7.381 millóns, o que supón un 12,8% do PIB autonómico. A débeda das administracións públicas no Estado baate marcas ao equivaler ao 72,1% do PIB
Aumenta, e moito, a débeda de Galicia, que se incrementou un 19,5% no primeiro trimestre deste ano con respecto ao mesmo período de 2011, unha suba superior á media estatal. Sitúase así nos 7.381 millóns de euros, o que equivale ao 12,8% do PIB da comunidade, segundo os datos feitos públicos hoxe polo Banco de España. Deste xeito, o país sitúase como a quinta autonomía con maior volume de débeda no Estado. Catalunya, Valencia e Madrid supoñen máis do 50% da débeda autonómica Non chega aos elevados niveis de Catalunya, que acumula 42.000 millóns de débeda, unha cantidade que representa case o 29% do total da débeda acumulada no conxunto das comunidades autónomas. Logo sitúase a Comunitat Valenciana (20.382 millóns) e Madrid (16.572) e as tres xuntas superan o 50% do total da débeda rexional. No conxunto estatal, a débeda das autonomías aumentou un 15,7% interanual, ata sumar os 145.118 millóns de euros, o que supón o 15,3% do PIB, a cifra máis alta de toda a serie histórica. A débeda das administracións públicas alcanza máximos históricos, ao supoñer o 72,1% do PIB Ademais, a débeda do conxunto das administracións públicas medrou o 5,39% no primeiro trimestre até alcanzar os 774.549 millóns de euros, o que equivale ao 72,1% do PIB, sendo tamén o nivel máis alto da historia. O principal incremento produciuse na administración central, que se incrementou un 5,92%, até 592.572 millóns, que representan o 55,2% do PIB.
NOS_54651
A proximidade das lapas ás poboacións obrigou a declarar de madrugada a situación 2 no incendio de Salvaterra.
O incendio forestal declarado na madrugada do sábado en Folgoso do Courel continúa activo e alcanza xa as 160 hectáreas, mentres que nas últimas horas declarouse outro en Salvaterra de Miño que leva arrasadas 250 hectáreas. Este último, segundo informa a Consellería do Medio Rural, iniciouse ás 21.51 horas da noite do sábado na parroquia de Uma, aínda que agora tamén afecta o municipio veciño de Mondariz. Dada a magnitude deste lume e á súa rápida propagación ao longo da noite, chegouse a declarar a situación 2 ao redor da unha da mañá pola proximidade das chamas ao núcleo de Maceiras, en Salvaterra, e posteriormente aos de Mouriscados, Fontebalán e Crespos, en Mondariz. Con todo, esta medida quedou suspendida ás 7.26 horas da mañá deste domingo. As últimas estimacións de Medio Rural sitúan a superficie queimada por este incendio nunhas 250 hectáreas. Para o seu control, mobilizáronse até o momento oito axentes, 26 brigadas, 15 motobombas e dúas pas. En canto ao incendio de Folgoso do Courel ─que afecta á parroquia homónima─, continúa activo desde que se iniciou ás 4.50 horas da madrugada do sábado mais xa estaría controlado desde a madrugada desta segunda feira Segundo as últimas medicións provisionais, afectou unha superficie dunhas 160 hectáreas. Até o momento, mobilizáronse un técnico, 10 axentes, 30 brigadas, 14 motobombas, unha pa, sete avións e dous helicópteros.
NOS_1660
Coa impronta do Museo Etnográfico creado en 1932 polo Seminario de Estudos Galegos na memoria, inaugurábase o 29 de outubro de 1977 o Museo do Pobo Galego. Unha institución que, 40 anos despois, quere continuar a tomar o pulso do pobo polo que existe.
Houbo un antecedente do Museo do Pobo Galego. Foi en 1932 e chamábase Museo Etnográfico, impulsado pola xente do Seminario de Estudos Galegos (SEG), iniciativa frustrada polo golpe fascista de 1936. En 1976 creábase o Museo do Pobo Galego cuns obxectivos claros: "Investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos". Un compromiso para o que a creación e desenvolvemento dun museo era unha peza chave. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela. Este sábado o MPG celebraba os seus corenta anos de vida. Facíao nun acto institucional coa asemblea extraordinaria do Padroado como eixo. Estiveron presentes o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Goretti Sanmartín, entre outros. Xusto Beramendi, presidente do Padroado, recoñeceu e destacou os avances conseguidos nestas catro décadas no MPG mais tamén afirmou que estes foron "menos dos que debería haber". Sinalou retos da institución. Nomeadamente tres: ampliación do cadro de persoal, renovación da dirección do Museo e, sobre todo, a substitución xeracional. Pasos que considera importantes para superar o "bloqueo" derivado da falla de medios e persoal. A necesidade de reformular o Museo, ampliando contidos á "Galiza urbana" e apostando en novas metodoloxías, tamén foi tratado no discurso do presidente do Padroado, consciente de que o MPG ten a obriga de sintonizar coa Galiza actual. Houbo un antecedente do Museo do Pobo Galego. Foi en 1932 e chamábase Museo Etnográfico, impulsado pola xente do Seminario de Estudos Galegos (SEG), iniciativa frustrada polo golpe fascista de 1936. En 1976 creábase o Museo do Pobo Galego cuns obxectivos claros: "Investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos". Un compromiso para o que a creación e desenvolvemento dun museo era unha peza chave. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela. Este sábado o MPG celebraba os seus corenta anos de vida. Facíao nun acto institucional coa asemblea extraordinaria do Padroado como eixo. Estiveron presentes o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Goretti Sanmartín, entre outros. Xusto Beramendi, presidente do Padroado, recoñeceu e destacou os avances conseguidos nestas catro décadas no MPG mais tamén afirmou que estes foron "menos dos que debería haber". Sinalou retos da institución. Nomeadamente tres: ampliación do cadro de persoal, renovación da dirección do Museo e, sobre todo, a substitución xeracional. Pasos que considera importantes para superar o "bloqueo" derivado da falla de medios e persoal. A necesidade de reformular o Museo, ampliando contidos á "Galiza urbana" e apostando en novas metodoloxías, tamén foi tratado no discurso do presidente do Padroado, consciente de que o MPG ten a obriga de sintonizar coa Galiza actual. Núñez Feijóo anunciou a ampliación das instalacións para antes do 2020. Maryiño Noriega celebrou que, embora as dificultades, o MPG sexa unha "feliz e fructífera realidade", para alén de reclamar unha "solución" para o Panteón dos Galegos Ilustres, Goretti Sanmartín, de por parte, destacou a importancia deste "proxecto colectivo de país" que "transmite a nosa identidade".
NOS_13947
Formoso insta o conselleiro de Sanidade a "ofrecer solucións" na súa comparecencia no pleno da vindeira semana.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, ofreceu este domingo ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto decorrido en Sigüeiro, "sentar" para "empezar a traballar" e asignar "140 millóns de euros adicionais" nos próximos orzamentos. Esta partida, dixo, permitiría "equiparar o investimento" en Atención Primaria da Galiza co resto do Estado español. Formoso urxe equiparar o investimento galego na Primaria co do resto do Estado español Así, González Formoso instou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a "ofrecer solucións ao colapso e saturación sanitaria" na súa comparecencia no pleno do Parlamento desta semana. A crise do sistema sanitario, precisou o líder socialista, afecta "todos os ámbitos da Atención Primaria", onde "resulta difícil conseguir unha cita antes de 14 días". SOS Sanidade Pública mobilizarase durante "todo o verán" para "iniciar a recuperación" da Atención Primaria Mais tamén na atención hospitalaria, dado que o tempo de agarda para a diagnose dunha especialidade pode chegar até os sete ou oito meses, "unha situación inédita no sistema sanitario galego", precisou González Formoso. A isto, subliñou, engádese "o colapso das urxencias", con "corredores ateigados de xente" que ten que agardar "48 horas para ter unha habitación". Parlamento No pleno do Parlamento galego desta terza feira comparecerá o conselleiro de Sanidade, a petición propia logo de solicitalo previamente o BNG, para dar conta da situación do Sergas. Aliás, os socialistas interpelarano con "cuestións concretas" sobre, por exemplo, a "falta de efectivos".
NOS_48488
O xulgado suspende o decreto aprobado polo concello en relación coa folga do lixo.
Novo revés para o Concello de Lugo. O xulgado da cidade amurallada declarou a suspensión do decreto polo que se estabelecían uns servizos mínimos do 100% na folga do lixo. O auto xudicial, ditado esta sexta feira, adopta esta "medida precautoria" e atinxe as costas do "incidente" ao propio goberno municipal que terá que deseñar un outro decreto nos vindeiros días. Após 54 xornadas de folga do cadro de persoal de Urbaser, a xustiza dá a razón @s traballador@s e coida que os servizos mínimos exixidos polo executivo lugués non se axustan a dereito. Desde o comité de folga presentaran unha demanda xudicial perante unha decisión que consideraron "abusiva" e vulneradora do dereito a folga. Porén, @s obreir@s decidiran en asemblea darlle cumprimento para evitar o xurdimento de riscos sanitarios na cidade. Pola súa banda, a asemble de operari@s de Urbaser mantén o paro --que está a piques de cumprir dous meses-- e continúa co calendario de mobilizacións. Esta mesma mañá, representantes do comité de folga e d@s traballador@s concentráronse ás portas da Casa consistorial para exixir que o Concello de Lugo tome cartas no asunto e contribúa a procurar unha solución negociada ao conflito. Até o momento as mesas de negociación non obtiveron resultados e mantéñense sen acordo coa mediación do Consello galego de relacións laborais. Desde o cadro de persoal rexeitan calquera acordo que non inclúa a reincorporación do persoal despedido e a retirada dos expedientes sancionadores abertos ao comité de folga.
PRAZA_19310
O enxeñeiro da Xunta José Manuel Lamela entrega ao xuíz o seu informe, no que ve "de sumo interese" aclarar como nunha liña "autorizada" para velocidades de ata 220 quilómetros por hora non estaba "cuberta" a "posibilidade" dun erro humano
O novo treito da investigación xudicial de Angrois segue a inclinarse a prol de ir alén das conclusións coa que o xuíz dispuxera o seu peche co maquinista como único encausado. O xuíz Andrés Lago Louro vén de recibir o terceiro informe dos peritos, o último que faltaba por recibir, sobre se a empresa pública Adif tiña ou non a obriga de avaliar os riscos da liña Ourense-Santiago, na que aconteceu o sinistro no que morreron 80 persoas o 24 de xullo de 2013 na compostelá curva da Grandeira. O autor deste informe, o enxeñeiro industrial da Xunta José Manuel Lamela, cínguese como en anteriores ocasións a avaliar o tren e non a liña no seu conxunto pero, no entanto, formula abertamente o interrogante que paira sobre o conxunto do caso: "como é posible" que a única medida de "protección" ante un eventual descarrilamento fose o traballo do propio maquinista. Nun documento dun centenar de páxinas ao que tivo acceso Praza.gal o perito indica que o tren sinistrado contaba coas autorizacións pertinentes para circular que o Alvia sinistrado, resultado de modificar outro modelo deste convoi, si contaba coa análise de riscos que "era normativa e tecnicamente preceptiva". "Dita análise realizouse en forma e empregando os procedementos establecidos" polas "normas vixentes naquel momento". Deste xeito, Lamela cínguese ao seu ámbito profesional e "non entra a valorar" outros aspectos sobre o conxunto da liña ferroviaria. O perito ve "de sumo interese" aclarar como nunha liña "autorizada" para velocidades de ata 220 quilómetros por hora non estaba "cuberta" a "posibilidade" dun erro humano Pero ao carón destas análises o perito agrega "unha conslusión final" na que "ratifica" que a causa do descarrilamento foi "o exceso de velocidade na entrada" na curva e formula "un interrogante de sumo interese". "Como é posible que unha liña" coma esta, "na que as velocidades ás que está autorizado que circulen os trens se sitúan entre os 200 e os 220 quilómetros por hora", fose "concibida non dispoñendo dun segundo nivel de protección que cubra a posibilidade de que o maquinista, polo motivo que sexa, non atenda en tempo á necesidade de freado" e "se enfronte a dita curva a unha velocidade moi superior á máxima permitida, tal e como se produciu naquel fatídico día". En rigor, a liña Ourense-Santiago si se concibiu cunha protección seguridade adicional, o sistema de freado automático ERTMS. No entanto, este dispositivo estaba desconectado a bordo dos Alvia dende o ano 2012. Así o autorizara o propio Adif para evitar atrasos polos fallos no seu funcionamento, tal e como xa foi referendado. O xuíz ten agora sobre a mesa un 'empate' de peritaxes de cuxa resolución dependerá o avance da investigación Este terceiro informe únese aos dos outros dous peritos, que xa foron achegados ao xulgado. Un deles, tamén dependente da Xunta, reitera que non hai caso alén do despiste do propio maquinista. O outro é o enxeñeiro de telecomunicacións César Mariñas, o considerado máis independente -foi o único designado por sorteo polo primeiro xuíz da causa-, quen a finais de decembro tivo que solicitar auxilio do xulgado para que Adif lle facilitase a documentación que precisaba para realizar o seu traballo. Como informou este diario, Mariñas concluíu que a empresa pública incumpriu a súa obriga de analizar o risco da liña na que sucedeu o accidente. Así as cousas, Lago Louro ten agora sobre a mesa unha caste de empate de peritaxes, ao non contar coa avaliación "consensuada" sobre a avaliación de riscos que pedira a estes tres técnicos. Das conclusións ás que chegue dependerá se a investigación do accidente avanza de vez alén do propio maquinista e, tamén, se o maxistrado decide pedir colaboración á Axencia Ferroviaria Europea, o ente comunitario que concluíu a falta de independencia da investigación de Fomento, cuxos máximos responsables xa amosaron abertamente a súa disposición a colaborar coa investigación que se segue en Galicia.
NOS_50150
Xosé Vizoso, un dos deseñadores máis representativos de Sargadelos, protagonizará o XIII Encontro Galego de Ilustración, unha cita de referencia para creadores gráficos e profesionais da ilustración do país.
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza este sábado no CGAC (Santiago de Compostela) o XIII Encontro Galego de Ilustración, unha xornada que protagonizará Xosé Vizoso, un dos deseñadores máis representativos de Sargadelos, que fará un percorrido pola súa traxectoria. Ilustrador, cartelista e deseñador, ofrecerá unha conferencia con entrada de balde ás 13h. Previamente, terá lugar a palestra do madrileño Ignacio F. Maroto, BambinoMonkey. Con esta xornada, a AGPI, da que fan parte máis de 120 ilustradores e ilustradoras, pretende reflexionar arredor do presente e do futuro da ilustración e darlle visibilidade á ilustración como un activo importante da cultura, da creación e da comunicación contemporáneas.
NOS_21862
Renato Nunes, secretario de Organización da CIG-Compostela, terá que pagar esa cantidade ''embora non ser condenado nin por lesións nin por resistencia á autoridade'' como se lle acusaba nun principio, din na central.
A finais de xaneiro Renato Nunes, secretario de Organización de CIG-Compostela, declarou nos Xulgados de Fontiñas (Compostela) acusado de faltas e desobediencia á autoridade durante oprotesto na investidura o pasado 8 de agosto de Agustín Hernández como terceiro alcalde da capital de Galiza nesta lexislatura.Un protesto no que se quería denunciar a corrupción que pairaba sobre o Concello. Nunes recibiu a sentenza emitida polo xulgado de Instrución nº 2 de Santiago, na que o absolven da falta por lesións logo de que se retirara a denuncia por resistencia á autoridade. A sentenza só o condena por desobediencia a pagar 75 euros. Os 1.625 restantes corresponden a unha compensación económica polas supostas lesións que se infrinxiu un policía ao caer ao chan no momento da súa detención. Embora non ser xulgado por resistencia grave á autoridade, tal e como figuraba inicialmente na citación xudicial, considera probado que Núñez si se resistiu violentamente, mesmo propinando patadas aos policías. "Dificilmente entendíbel" Para o Renato Nunes resulta incongruente dar por probado que houbo resistencia cando esa causa non foi xulgada e, en consecuencia, non tivo posibilidade algunha de defenderse desa acusación. Afirma ademais que esa resistencia non existiu, tal e como se pode comprobar nos vídeos aportados por distintos medios de comunicación. Considera "dificilmente entendible" que "na mesma sentenza na que se me absolve expresamente da falta de lesións, ao tempo se me reclame unha compensación económica a un policía por unhas lesións que se produciu el mesmo ao caer, a consecuencia da súa neglixente actuación". En todo caso o sindicalista entende que con esta multa o que se pretende é emitir un castigo exemplar para que a cidadanía se absteñan de participar en protestas e actos reivindicativos. Os feitos aconteceron o 8 de agosto de 2014, día da toma de posesión de Agustín Hernández como novo alcalde de Compostela. Perante o Pazo de Raxoi concentrouse máis dun cento de persoas para amosar o seu rexeitamento á investidura do que é o terceiro rexedor na capital nesta lexislatura e por un goberno local dunha maioría de edís non eleit@s. Un forte cordón policial impediu @s manifestantes achegárense á Casa do Concello e mesmo camiñar pola Praza do Obradoiro, algo que si podían facer @s turistas. Pouco despois de dar comezo a sesión, algúns dos participantes decidiron marchar, momento en que @s axentes da policía española os placaron e arrastraron até os soportais de Raxoi para proceder á súa detención. Este foi o caso de Renato Nunes. A detención de Manuel Dacal aconteceu cando este quería achegarse até onde estaba Renato.
NOS_48214
O ciclo, organizado polo Consello da Cultura, segue o seu curso coa conferencia 'Ideoloxía e humor en tempos escuros. Notas dende Siria', coa profesora de Ciencia Política na Universidade de Chicago e especialista en Oriente Próximo, e o director sirio de series televisivas de humor
O Consello da Cultura Galega organiza este seminario interdisciplinar, sobre os significados da cultura no presente, dende o 2007. Coordinado polo profesor Ramón Máiz, ten como obxectivo abordar os debates e investigacións recentes sobre as nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo etc. O ciclo contou xa con intervencións de pensadores como Slavoj Zizek, Félix Duque, Alberto Ruiz de Samaniego, Darío Villanueva, Héctor Díaz de Polanco, Josep Ramoneda, Ernesto Laclau, Fernando Castro Flórez, Anne-Marie Thiesse, José Luis Villacañas, Anne Phillips, José Manuel Sánchez Ron, Rafael Argullol, William Shea, Donatella della Porta ou Bartolomé Clavero. A vindeira sesión será o xoves 21 de xuño ás 16.30 na Biblioteca do Consello, coa presenza de Lisa Weeden e Allais Hajou, quen presentarán un relatorio titulado "Ideoloxía e humor en tempos escuros". Notas dende Siria. Lisa Wedeen é profesora de Ciencia Política na Universidade de Chicago. Investiga en política comparada, Oriente Próximo, teoría política, teoría feminista e métodos cualitativos. Pola súa parte, Allais Hajou é director sirio de exitosas series televisivas como "The Lost (forgotten) Village," Day`a, Daay`a, 2010 ou "Winds of Ruin," Riyah al-Khirba 2011. Analizarán diversas series televisivas e a complexa relación entre ideoloxía e humor no réxime sirio. A conferencia será impartida en inglés. O texto da súa intervención pode descargarse polo de agora en inglés na web do Consello. Nuns días, estará dispoñíbel a versión traducida ao galego. Ademais, podemos atopar dous libros de balde da autora neste enlace: Ambiguities of Domination e Peripheral Visions.
NOS_41627
Foi en xaneiro de 1531 que se criou o Reino da Nova Galiza, un reino que nace cara ao mar e que se estende sobre 250.000 km2 nos actuais territorios de Jalisco ...
Foi o segundo dos reinos indianos que gozaban de certa autonomía de goberno. Naceu cando a raíña Isabel de Portugal, esposa de Carlos V e que gobernaba por ausencia do Emperador a que por Real Cédula dada en Ocaña o 25 de xaneiro de 1531, deu orde para que se nomease o territorio conquistado como "Reino de la Nueva Galicia" e se fundase unha cidade co nome de Compostela onde estaría a capital. A cidade, fundada co nome de "Santiago de Galicia de Compostela" forma parte hoxe do estado de Nayarit e ten menos de 20.000 habitantes. Algúns anos máis tarde a capital pasou a Guadalajara e Compostela quedou en segundo plano. A conquista de Nova Galiza levou consigo un período de violencia estrema; case toda a poboación indíxena foi eliminada e progresivamente substituída por continxentes externos, non só españois mais tamén mexicanos, tlaxcaltecas, tarascos. Desde 1821 o reino da nova Galiza xa non existe. México é unha república. Oficialmente fálase, para se referir a aqueles territorios, de "occidente de México" igual que aquí escoitamos falar cada vez máis de "el noroeste de España". O centralismo nunca muda a súa face.
NOS_45164
Detrás das novas limitacións acordadas pola Xunta, e vixentes desde esta medianoite, polas que se reduce a dez o número máximo de persoas en reunións, públicas e privadas, e noutras actividades en toda Galiza está a "evidencia demoledora" de que estas xuntanzas son a causa "maioritaria" dos novos contaxios, que nos últimos sete días suman 2.247 casos máis.
Este foi o argumento co que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou as medidas anunciadas na noite da pasada terza feira, que ademais das restricións xerais para xuntanzas en grupo supoñen o confinamento perimetral conxunto do Carballiño, O Irixo e Boborás, nas mesmas condicións que operan desde a semana pasada en Ourense e Barbadás, e un aumento das restricións en Verín. Desta maneira, desde mañá aplicaranse este concello a medida de contención que opera desde hai unha semana en Ourense, Barbadás, na comarca do Carballiño e no Barco de Valdeorras, onde as xuntanzas están restrinxidas a grupos de persoas conviventes, para frear a progresión epidemiolóxica. As novas normas de reunión non se aplicarán ás capacidades da hostalaría nin nas actividades laborais, educativas ou de formación regrada, ocupacionais ou administrativas, nin tampouco en reunións profesionais, eventos ou congresos, aínda que, nese caso, cada actividade grupal si será dun máximo de 10 persoas ao mesmo tempo. Si rexerán en cambio en actividades formativas non regradas, como as de bibliotecas e arquivos, autoescolas ou en animación de hoteis, así como clubs de lectura ou ximnasios e instalacións deportivas ou de tempo libre. O incremento de medidas de control tratarán de reverter a evolución epidemiolóxica nestas localidades, que no caso de Ourense sumou 229 novos casos nos últimos sete días e 475 nas últimas dúas semanas, unha incidencia "bastante por enriba da media galega, segundo a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán. A taxa de PCR positivas na súa área sanitaria supera 12%, moi por riba do resto da Galiza. No caso do Carballiño, o Concello confirmou onte que hai detectados 163 casos nunha poboación de 14.000, 92 na última semana, aos que se suman 18 positivos en Boborás e oito máis no Irixo. Xunto coas restricións, o conselleiro anunciou esta cuarta feira o inicio dun cribado entre a poboación universitaria de Compostela, despois de que o comité clínico que asesora o Sergas situara no inicio de curso unha das causas do aumento de casos nesta área. Estes cribados ampliaranse ás residencias dos restantes Campus universitarios, nomeadamente, A Coruña e Vigo e poderán estenderse, segundo a Xunta, a outros ámbitos universitarios. O fechamento total da hostalaría "non procede" Cos datos da evolución epidemiolóxica na man, o conselleiro de Sanidade manifestou tamén que a día de hoxe, a Xunta non ve proporcionada unha medida de restrición xeneralizada na hostalaría como a que se está a adoptar en Catalunya. "Non procede", indicou, remitíndose á boa situación sanitaria de "moitos concellos". Segundo explicou, o equipo experto que asesora o Sergas na xestión da pandemia non é partidario tampouco de fechar por completo a hostalaría na Galiza para frear os contaxios, senón que se decanta por medidas "cirúrxicas", adaptadas á situación de cada territorio. No ámbito galego, o Concello de Verín acordou coa hostalaría local a suspensión durante dez días da actividade de bares e terrazas, e a rebaixa de capacidade en restaurantes, á vista da evolución dos contaxios, que esta semana levaron á Xunta a elevar as restricións a nivel 3. Na súa comparecencia, García Comesaña lembrou ademais que Sanidade "tomou medidas" como o fechamento interior de bares e cafetarías naqueles lugares "onde era necesario", como ocorreu no barrio lugués da Milagrosa a finais de agosto, unha imposición, recoñeceu, "dura e difícil de cumprir".
PRAZA_8817
Os conservadores rexeitan unha iniciativa do BNG, apoiada polo resto da oposición, para promover dende Galicia unha reforma da lexislación estatal que provocou que as persoas estafadas perdan parte dos seus aforros. Unanimidade para reclamar o mantemento da obra social das antigas caixas.
É estraña a sesión parlamentaria na que se aborda a cuestión da desaparición das antigas caixas na que non está sobre a mesa a estafa das preferentes. Este mércores volveu acontecer na comisión de Economía do Parlamento, desta volta a instancias do BNG para, en palabras do seu voceiro, Francisco Jorquera, "suscitar a necesidade de darlles unha solución xusta" ás persoas afectadas despois de que o FROB aprobase "unha quita media do 43%" para as preferentes de Novagalicia Banco, do 41% para as subordinadas perpetuas e do 22% para as subordinadas con vencemento. A aposta do Bloque, explica, era recabar o apoio da Cámara para reverter esa quita cunha reforma legal. O apoio obtívoo no resto da oposición, PSdeG e AGE, pero non no grupo do PP. Toda vez que xa venceu o prazo para que o Goberno galego recorrese a lei que oficializou a quita Jorquera instou os conservadores a abandonar o "xogo de apariencias". "Para que teña consecuencias reais" os populares deberan ter en conta que, se apoian "impugnar a lei" isto equivale a "contradicir, combater, refutar, obxectar". "Combatamos politicamente esta lei" cunha proposición de lei de modificación elaborada polo Parlamento de Galicia para defendela ante o congreso dos deputados, convidou. Trátase, en definitiva, di, de decidir se a Cámara está "a carón dos estafados ou dos estafadores", de impedir que as persoas estafadas teñan que contribuír a "capitalizar a entidade que os estafou" mediante un "roubo" que foi "legalizado". Jorquera instou os populares a decidir se están "a carón dos estafados ou dos estafadores" Pero o PP, a través da deputada Herminia Pouso, só estaba disposto a votar a favor se o BNG aceptaba unha emenda encamiñada a que a Xunta "continúe dando cumprimento" a un acordo anterior da mesma comisión sobre a necesidade de que "todos os aforradores afectados polas preferentes, subordinadas e outros híbridos financeiros recuperen a totalidade dos cartos". O BNG, di, fai "un cuestionamento da votación efecutada polos deputados do PP no Parlamento nacional -en referencia ao Congreso dos Deputados-" a favor da quita, pero debe ter en conta que este "non é un tema que só afecte a Galicia, afecta a todo o Estado, vale?". A Cámara pide, por unanimidade, que se manteña a obra social de Novacaixagalicia Ante a oposición conservadora tanto Yolanda Díaz, de AGE, como Abel Losada, do PSdeG, expresaron o seu apoio á proposta defendida por Jorquera, quen "non esperaba outra cousa" da representante do PP aínda que a iniciativa nacionalista "concrete o que se pode facer para tentar tirara baixo a lei nos aspectos lesivos para os aforradores". Así as cousas, os sete votos populares opuxéronse aos cinco da oposición, o contrario do que aconteceu unha iniciativa previa, defendida polo PSdeG e que, despois dun acordo entre os grupos, deu lugar a que o Parlamento, por unanimidade, lle solicite á Fundación Novacaixgalicia "a elaboración dun plan que garanta a viabilidade, a longo prazo", da obra social das antigas caixas, "priorizando o mantemento do emprego". Ademais, insta a Xunta a "analizar a constitucionalidade da nova normativa sobre caixas para, no caso de que se vulneren as competencias" autonómicas, "se proceda a formular recurso" ante o Tribunal Constitucional.
NOS_16986
O proxecto leva varios meses en marcha e aínda continúa activo na plataforma de crowdfunding Verkami. Presentarase en Pontevedra e na Coruña.
Hai iniciativas que xorden da casualidade e a realización dunha banda deseñada que explique a vida de Alexandre Bóveda en 46 páxinas é unha delas. "Foi o ano pasado, despois de asistir por primeira vez aos actos do Día da Galiza Mártir en Poio e Pontevedra". Pitusa Árias e historiadora e locutora de radio, unha persoa con iniciativa que transmite interese por todo aquelo que lle atrae. "Pensei que era un personaxe non moi coñecido por determinado público, lector de banda deseñada, e dunha grande actualidade posto que foi un dos creadores da Caixa de Aforros de Pontevedra". Daquela falou cun amigo seu debuxante, Carlos Sardiña, co que xa realizara un libro semellante sobre a obra de Andrés de Barallobre. "Algo sinxelo, en branco e negro, non como este de Bóveda que se presentará este mesmo mes". "Aproveitei a miña experiencia radiofónica para sintetizar todos os datos biográficos a través do fío condutor dunha nai e o seu fillo" Patrocinio en Verkami Unha vez coa idea Pitusa Árias comezou o proceso de guionización. "Aproveitei a miña experiencia radiofónica para sintetizar todos os datos biográficos a través do fío condutor dunha nai e o seu fillo". Nesta historia os debuxos de Carlos sardiña cobran personalidade propia. As escenas en Pontevedra acontecen na Peregrina, no café Moderno,... e descubrimos como eran podían ser en banda deseñada persoeiros como Castelao.Para sacar adiante o libro contaron coa plataforma de crowdfunding Verkami na que estarán até o día 15 de xaneiro. "O libro vaise presentar este mesmo mes en Pontevedra e logo na Coruña aínda que non cheguemos a cumprir os obxectivos económicos de Verkami", sinala Pitusa Árias, "coido que é un traballo que paga a pena que se coñeza por quen foi Bóveda e polo actual do seu discurso". Aínda quedan uns días para facer achegas.
NOS_51525
As firmas galegas tratan de meter presión ás Administracións ameazando coa súa marcha a Portugal.
Portugal é un destino atractivo para as empresas galegas. Tanto é así que perto de medio milleiro delas mantén filiais do outro lado da raia. Entre os principais "reclamos" do país veciño para atraer investimentos estranxeiros están os baixos prezos do solo industrial, as exencións fiscais e unhas retribucións até 30% inferiores (alí o salario mínimo é de 705 euros fronte aos 1.000 do Estado español). O sector da automoción concentra boa parte destas filiais, que crecen ao calor de firmas punteiras como Stellantis, Volkswagen ou Bosch, mais tamén da industria aeronáutica, con Embraer como referente. Son empresas que preferiron crecer do outro lado da raia pero manter a súa matriz na Galiza. Mais nos casos onde non existe arraigo,concentran alí os seus novos investimentos, como aconteceu con firmas como Gestamp, Faurecia ou o Grupo Antolín, ou directamente marchan. O BNG urxe un cartón de cidadanía transfronteirizo entre a Galiza e Portugal Iso foi o que pasou por exemplo Siemens Gamesa, que decidiu fechar a súa planta das Somozas após acometer un investimento millonario para facerse coa planta de Vagos (Portugal). No sector téxtil tamén son moitas as empresas galegas que teñen en Portugal a súa rede de provedores. De feito, na primeira metade de 2021, a industria manufactureira lusa copou 26,75% das ofertas xestionadas polo Instituto do Emprego e Formação Profissional (IEFP) no Norte de Portugal, 6.504 oportunidades laborais na industria que contrastan coas 485 ofertadas na Galiza no mesmo período. Argumento de presión A Galiza ten deixado pasar nos últimos anos a oportunidade de reter talento e investimentos no país, segundo critican desde a oposición parlamentaria, pola incapacidade da Xunta de promover o crecemento destas empresas no propio país, pese a ter as competencias en materia industrial. As empresas, coñecedoras desta realidade, aproveitan, nalgúns casos, o argumento da marcha a Portugal para meter presión ás Administracións e tratar de obter condicións económicas máis vantaxosas. Este é o caso de varias empresas de Mos, que esta segunda feira recibiron representantes da Plataforma Loxística de Valença do Minho-Geral, unha entidade privada que promove unha área industrial de máis de 1,2 millóns de metros cadrados no norte do país veciño, para explorar a posibilidade de estabelecerse alí ante, din, a "presión das comunidades de montes". Tameiga "non achanta" ante a "campaña de acoso" da alcaldesa de Mos O empresariado local, a través da Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), recoñeceu que o proxecto empresarial portugués dispón de "todo tipo de facilidades" para que as empresas galegas se trasladen alí, aínda que subliñou que a "primeira opción" segue a ser a de manter as localizacións actuais. Desde a comunidade de montes de Tameiga explican a Nós Diario que, á hora de renovar as concesións, estas firmas tratan de consolidar condicións de hai 50 anos ─pagaban uns 2.000 euros ao mes por 40.000 metros de terreo─ e néganse a aceptar os prezos de mercado que lle propón. Os empresarios, pola súa parte, acusan os comuneiros de impor subas "desorbitadas" no canon polo uso do solo.
NOS_20796
A reforma foi apresentada por Feijóo esta quinta feira, véspera dunha ponte, estratexia informativa que, critica En Marea, persegue que pase o máis desapercibida posíbel. O PSdeG fala de "sabotaxe deliberada" contra a sanidade pública. O BNG chama "despótico" o goberno de Feijóo por tirar adiante a reforma desouvindo o clamor social nas poboacións afectadas pola supresión de até catro áreas sanitarias.
A versión oficial da Xunta a respeito da proposta de reforma da Lei de Saúde -apresentada por Feijóo a quinta feira- é naturalmente idílica. Trataríase dun novo texto legal que blindaría a existencia dos hospitais comarcais coa criación de 14 distritos sanitarios, de tal xeito que "ningún goberno poderá diminuír ou eliminar un hospital comarcal en Galiza se non é por lei e por autorización parlamentar". A oposición considera estes argumentos a prol da lei como puramente propagandísticos. A ollos de En Marea, estaríamos perante un novo elo na política de desmantelamento de servizos esenciais na sanidade pública. A confluencia pon en concreto a énfase en que a reforma deixa fóra a atención primaria. E a respeito das supostas bondades da "xestión integrada", o grupo parlamentar que dirixe Luís Villares pon en destaque que os seus efeitos xa están á vista: número insuficiente de profisionais, aumento das listas de agarda e derivacións de pacientes a Lugo (das áreas da Mariña e Monforte) e a Ourense (procedentes do Barco). "Esta manobra [a apresentación da lei nas vésperas dunha ponte] non lles servirá porque as populacións das áreas sanitarias que serán suprimidas está preocupada e mobilizada", considera Luís Villares. Contra-reforma Por súa parte, Ana Pontón cualifica esta nova iniciativa lexislativa do Goberno de Feijóo como unha auténtica "contra-reforma", obra dun "goberno despótico" que continúa co seu proxecto de suprimir até 4 áreas sanitarias -O Salnés, Cervo, Monforte e O Barco de Valdeorras- a despeito da forte contestación social rexistada nos territorios afectados. A líder nacionalista anunciou un "intenso traballo político" coas organizacións sociais e a plataforma SOS Sanidade Pública para levantar unha "grande fronte social" contra esta proposta de reforma da lei de saúde. Canto ao PSdeG, o portavoz do grupo parlamentar en materia de sanidade, Julio Torrado, acusou Feijóo de "ter consumado un ataque deliberado contra os pacientes dos hospitais de Burela, Salnés, Monforte e Valdeorras".
PRAZA_7189
A Fundación Secretariado Xitano lanza, en clave de retranca, unha campaña para que os medios de comunicación "reflexionen" sobre a súa "responsabilidade" na "configuración da imaxe social da comunidade xitana". Vídeo no interior
"Sanidade asegura que os payos son a fonte de contaxio do ébola". "Cae banda de 14 payos en operativo antidrogas". "Iglesias avisa de que acabará coa casta paya do 78". "Guerra de clans polo poder no PP". Son algúns dos titulares do periódico Payo Today, a publicación satírica lanzada pola Fundación Secretariado Xitano que dende esta semana actúa como un enorme espello para as persoas que traballan no sector da comunicación e, en xeral, para a toda sociedade. Dende a retranca FGS lanza un convite claro: a necesidade de "reflexionar sobre a responsabilidade" que o resto da poboación ten "na configuración da imaxe social da comunidade xitana". Un periódico impreso e a súa versión dixital, un vídeo simulando un informativo televisivo e a difusión en redes sociais son as pezas dunha campaña que, na liña das recomendacións lanzadas por colectivos como o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, chama a poñer o foco nas novas, no que sucede e nas súas repercusións e non na raza, etnia ou condición social de quen as protagoniza se isto, como adoito, non é un dato relevante. Trátase, explican dende a Fundación, dun paso máis "dentro do traballo para reclamar un tratamento informativo máis xusto por parte dos medios", que debería "adecuarse mellor a como son hoxe en día as xitanas e os xitanos". A Fundación Secretariado Xitano reclama que o tratamento informativo sexa "adecuado á realidade" Ademais de sinalalar estas "malas prácticas xornalísticas" esta organización tenta tamén corrixilas. Faino a través da Guía práctica para xornalistas: Igualdade de trato, medios de comunicación e comunidade xitana. Para axudar a prensa a recoñecer o que non debe facer, Payo today ínzase de "titulares pexorativos" aos que, simplemente, se lles "deu a volta": "Que pasaría se, no canto de falar de xitanos, falásemos de payos?", pregúntanse, ante novas como "O pequeno payo Nicolás, símbolo da súa especie" ou o anuncio dun suposto programa de televisión titulado Palabra de payo. "A pertenza étnica non achega nada" A Fundación Secretariado Xitano explica a conveniencia desta campaña dende o convencemento de que a "estereotipada" imaxe que se ofrece desta comunidade na maioría dos medios de comunicación "non favorece que o cambio que está experimentando sexa recoñecido e valorado pola sociedade". "Na práctica diaria -evidencian- séguese mencionando a etnia en informacións nas que non sería necesario para comprender a noticia" malia ser "un dato de especial protección" que non adoita "achegar nada" á comprensión dos feitos. Téimase, ademais, en "utilizar un léxico inapropiado con connotacións negativas", como "clan" ou "patriarca" e "a comunidade xitana continúa sobrerrepresentada en noticias negativas". Os medios teñen "un importante papel á hora de xerar actitudes positivas ou negativas", subliñan "Os medios de comunicación, como construtores da realidade social, contribúen a perpetuar a imaxe social dun grupo" e "desempeñan un importante papel á hora de xerar actitudes positivas ou negativas" sobre o mesmo. Por todo isto apelan á "veracidade e o rigor" tamén á hora de informar sobre a comunidade xitana. E para loitar contra esa "imaxe social negativa" utilizan o humor. Descarga o periódico 'Payo Today'
PRAZA_9419
En Marea cualifica o plan de "burdo intento de desmobilización profesional" e lembra que "non hai ningún compromiso que non leve asociado un orzamento"
Alberto Núñez Feijóo cualificou a reforma do modelo de Atención Primaria, cuxo borrador foi presentado este mércores, como "completa e ambiciosa" e recoñeceu que requirirá "máis investimento" por parte da Xunta para poñer en marcha todas as medidas anunciadas. No entanto, Feijóo dixo descoñecer aínda cal será o custo deste plan de reforma e adiou os detalles sobre o investimento previsto ao vindeiro mes de marzo, logo de que remate o prazo de achegas e alegacións e quede definido o proxecto, aínda que insistiu tamén en que haberá un "orzamento específico". En Marea cualifica o plan de "burdo intento de desmobilización profesional" e lembra que "non hai ningún compromiso que non leve asociado un orzamento""Non estou autorizado para falar sobre canto pode custar", engadiu Feijóo, tras advertir de que cada área sanitaria "concrete" as súas necesidades en "equipamento e aparataxe" e que se sumará ao investimento de cara ás ofertas públicas de emprego para persoal sanitario. Por outra banda, a deputada de En Marea Flora Miranda cualificou o novo plan de "burdo intento de desmobilización profesional que transloce un mero interese cosmético da administración sanitaria do PP pola Atención Primaria, e por extensión pola sanidade pública galega". Proba disto é, segundo a parlamentaria, que os grupos de traballo creados con premura pola Consellería "nin son representativos nin foron escollidos polos profesionais" do ámbito."Non hai ningún compromiso que non leve asociado un orzamento", lembrou Miranda, que cre que a única aposta verosímil pola Atención Primaria debe partir "dunha dotación orzamentaria necesaria e suficiente para a súa dignificación e non constatamos esa vontade no plan publicitado onte pola Consellería".
NOS_53861
Máis de 30 países competirán en Portugal no Campionato do Mundo de Maratón 2022 de piragüismo. A representación galega será de dezanove padeeiras e padeeiros.
Desde hoxe e até o domingo, a localidade portuguesa de Ponte de Lima acollerá o Campionato do Mundo de Maratón 2022 de piragüismo con máis de 30 países participantes. A delegación galega acode con 19 deportistas entre a lista de 49 que seleccionou a federación española. As expectativas son altas malia que nesta edición asistirán padeeiras e padeeiros importantes como o danés Mads Petersen ou a húngara Renata Csay. A festa do piragüismo regresa ao río Miño co seu histórico descenso internacional A competición comezará esta quinta feira coas probas da categoría júnior e a modalidade de maratón curto na que estarán presentes, en C1, Diego Romero e Jaime Duro. Tamén o farán Iván Alonso e Julián Becerro en K1. As finais desta disciplina comezarán ás 16.15 horas. Na categoría xuvenil, Nerea Novo tomará a saída ás 9.05 horas en C1. Ademais, Kevin Longo competirá na carreira masculina. Na sexta feira, a quenda será para as categorías xuvenil e Sub-23. Ás 9.05 horas, Jaime Duro e Diego Piñeiro participarán na carreira de C1 Sub-23. Ao redor das 14.45 horas, a dupla do piragüismo de Kevin Longo e Samuel Ares disputarán a carreira de C2 Xuvenil. Para fechar o día de regatas o padeeiro Joaquín Iglesias competirá no K1 Sub-23. Individuais e dobres O prato forte chegará o sábado coas regatas individuais da categoría sénior. Noa Conde comezará ás 9.05 horas da mañá no C1. Mentres, ás 9.30 horas, Tono Campos sairá no C1 coa intención de repetir o triunfo do pasado europeo de Dinamarca. Baño de medallas para Galiza no mundial de piragüismo O padeeiro grovense estará acompañado nesta proba polo tudense Manuel Garrido, que volve a un mundial despois da ausencia do pasado ano. A outra baza galega é a de Iván Alonso no K1. Tamén competirán o sábado David Pazos e Anxo García. Os pontevedreses participarán no K1 xuvenil. Por último, o domingo competirán as embarcacións dobres nas que participará a parella asturiano-leonesa de Miguel Fernández e Julián Becerra, do Fluvial O Barco. A piragua integrada pola lucense Tania Fernández e a grovense Tania Álvarez parte un ano máis como favorita ao podio no K2. Na C2, Tono Campos e Diego Romero chegan a esta última competición coa idea de revalidar o ouro do ano pasado. Ademais, a parella formada por Fernando Busto e Diego Miguéns tentará o asalto ao podio.
NOS_3978
A deputada do PSdeG por Ourense foi unha das 8 parlamentares do PSOE que votaron non a Rajoy (tamén votaron contra a investidura do líder conservador os 7 escanos do PSC). Aquela decisión custoulle a portavocía adxunta de emprego no grupo socialista no Congreso. Agora, após o retorno de Sánchez á secretaría xeral, De Frutos re-emerxe e é nomeada portavoz titular desa carteira.
De Frutos, inspectora de traballo en excedencia, soubo do seu nomeamento esta mañá na reunión do grupo parlamentar do PSOE no Congreso. O anterior titular da portavocía, o guerrista Rafael Simancas, pasa a facer parte da dirección da bancada socialista, co cal deixa vacante o posto que agora pasará a ocupar a parlamentar do PSdeG. O nomeamento é un premio político de Sánchez a unha das persoas que maior lealdade lle mostraron desde primeira hora, desde o momento traumático en que o economista madrileño se viu forzado a demitir nun tensísimo Comité Federal do PSOE unha vez que a súa proposta de convocatoria dun congreso extraordinario fora rexeitada pola maioría do máximo órgao do partido. Naquel momento, De Frutos foi unha das 8 parlamentares do PSOE -entre elas Margarita Robles, agora promovida a portavoz do grupo- que se mantivo acarón de Sánchez e que levou a súa fidelidade até o ponto de rachar a disciplina de voto na investidura de Rajoy. Nas primarias do 21M, De Frutos foi unha das máis entusiastas valedoras de Pedro Sánchez. No congresiño posterior á votación da militancia, a candidatura que encabeza na circunscrición de Ourense conseguiu derrotar, por un axustado resultado, a lista susanista, respaldada polo núcleo de fieis a Pachi Vázquez.
PRAZA_2623
Eis os outros lanzamentos. Miles de naves industriais, equipadas e capaces, que non obstante non están ao servizo do crecemento do país, do traballo das súas xentes.
Unha das máis formidábeis contestacións sociais da última década é a da actividade contra os desafiuzamentos. Conectou con necesidades vitais dunha parte significativa da sociedade, agredida nos elementos do benestar, reducidos os seus niveis de ingresos e multiplicadas as dificultades de supervivencia. O movemento contra os lanzamentos converteuse en popular, entendido e xustificado, con toda razón. As persoas máis activas das plataformas son líderes sociais recoñecidos, sendo o caso de Ada Colau en Barcelona probabelmente o máis representativo. Efectivamente, e sen prexuízo de todo o anterior, hai casos en que os desafiuzamentos non se poden asignar á un problema social ou de supervivencia. Tamén se desaloxan chalés de grande custo, segundas vivendas de alto valor, mesmo adquiridas para a simple especulación. Mais hai unha outra problemática que nunca se lembra, e que ten maior importancia –polas súas repercusións colectivas e estruturais—que é cando os debedores son as empresas. Podemos dicir acó que unha parte importante e terríbel dos desafiuzamentos reside nos polígonos industriais e nos locais comerciais das cidades e vilas. Algúns dados, tomados por riba e sen pretensión de exactitude, senón de simple aproximación indicativa: o 70% das empresas teñen menos de 5 traballadores e ocupan as tres cuartas partes da poboación asalariada. Na súa fórmula máis popular, as chamadas SL, unha grande maioría non superan os 3.000 euros de capital social, e o 70% morren antes dos tres anos de actividade, deixando pola borda esforzos, ilusións, tempo e patrimonio familiar, ademais de capacidade financeira da sociedade entregada sen dubida a quen detentan o verdadeiro poder e controlan o negocio. Toda a lexislación societaria, laboral e fiscal están montadas para favorecer ás grandes corporacións, para animar a concentración de capital e subtraer a parte que o aforro familiar mantiña tradicionalmente fóra do seu control. Así, aos requirimentos organizativos –económicos, por tanto-- que se lle fan a un emprendedor (estrutura propia ou contratación exterior en campos como a organización, medio ambiente, prevención de riscos, saúde laboral, control contábel para a fiscalidade, obrigas estatísticas, asesoría xurídica, seguridade industrial, etc.) súmase a usura –un delito regulado por lei de 1908—que aparece axiña, en primeiro lugar por parte da banca, mais tamén secundada por outros axentes imprescindíbeis, entre eles a propia Administración. Un atraso nas obrigas coa administración, a Axencia Tributaria ou a Tesourería da Seguridade Social poden significar recargos de ata o 35% en poucos meses, o que supera o 100% de xuros anuais. As administracións locais tenden a considerar as taxas das empresas sen discriminar polo seu tamaño e tipo de actividade e polo tanto de consumos. Así vemos exemplos de verdadeiro escándalo na aplicación dos mínimos de subministración de auga ou de recollida de lixo, que poden chegar a superar o 500% do prezo por litro/quilo habitual. En plena crise o SEPES pasa a ofertar as parcelas que non ten vendidas na interminábel e profusa dotación de polígonos industriais (tamén chamados parques empresariais) repartidos sen criterio e sen control por todo o pais; pasa a ofertar, digo, a metade de prezo ou menos aínda parcelas iguais e veciñas das que os máis ilusos emprendedores xa compraron e pagaron. E como por arte de maxia, o balance distas empresas, que tiña parcelas e naves no activo con prezo real pagado, pasan a ter un prezo de mercado que mesmo invalida o balance aos efectos de solvencia financeira e mesmo pode ser causa de situación de creba de facto, coas consecuencias subseguintes en todos os planos, mesmo o de responsabilidade persoal dos socios e administradores. A Banca emprega subterfuxios, clasificacións das operacións ou bautizos caprichosos dos cargos, para converter en imposíbel a difícil obriga de devolver préstamos ou adiantos financeiros de operacións falidas, tan comúns nos últimos tempos. Así, os gastos financeiros son parte fundamental da conta de explotación de calquera pequena empresa, podendo encontrar que doadamente acadan ate dez veces o capital social. Mentres, os presuntos representantes patronais cargan as tintas sobre o despido barato, tipos de contrato e outras lerias. Como xa advertín algunha vez a responsábeis bancarios e da propia administración, o sistema vive máis dos que a duras penas resisten, entregando o produto do seu esforzo en forma de recargos, xuros, gastos diversos, costas, demoras, etc., etc. en aras dunha rotación predeterminada e básica para que o invento funcione, para que o invento lles funcione a eles. O tinglado está montado en pirámide escorregadiza, á que permiten achegarse toda clase de ilusos ou desesperados, e de cando en vez aplican unha sacudida e se desprenden irremisibelmente capas de emprendedores que arrastran o seu respaldo anímico e familiar, e volta a empezar. Eis os outros lanzamentos. Miles de naves industriais, equipadas e capaces, que non obstante non están ao servizo do crecemento do país, do traballo das súas xentes. Son o monumento ao sistema depredador, son a homenaxe ao delirio antisocial. Neste exemplo, unha certificación endosada por un cliente acabou sendo "capturada" por orde xudicial a favor de terceiros (ou cuartos), producíndose a devolución que da lugar a unha incomprensibel acumulación de débeda.
NOS_20730
Tres destacados membros do sector crítico de Anova veñen de retirar a súa candidatura ás primarias que Anova realizará este domingo para ocupar dúas prazas na candidatura de IU ás Europeas. Luís Eyre Palleiro, David Balado e Xosé Miguel B. Rodríguez aseguran que a Asemblea Nacional será a última oportunidade para Anova.
As razóns que Luís Eyré, David Balado e Xosé Miguel B. Rodríguez dan a súa renuncia á candidatura é considerar que disputar o posto 5º da candidatura da IU "sería mais un motivo de diverxencia que factor de cohesión para a maioría nacionalista que é precisa para rescatar a organización para o nacionalismo". Consideran que a Asemblea Nacional que se terá que celebrar antes do verán é a última oportunidade para converter Anova "na ferramenta da cidadanía que non chegou a ser, é o obxectivo ao que debemos supeditar e supeditamos as nosas decisións individuais". Os tres demisionarios afirman que continúan a "acreditar no proxecto orixinal de anovar, de irmandade e nacionalismo que nos ilusionou a tantas persoas", malia que desde dentro se tratara de "asasinar a irmandade, reducir o nacionalismo a unha cuestión identitaria e rematase por encomendar a anovación política ao que decidan Izquierda Unida e o Secretariado do PCE". Os críticos reférense aos seus rivais internos como "o sector liquidacionsita da anovación, da irmandade e do nacionalismo" Eyré, Balado e B. Rodríguez coinciden á hora de valorar que a integración na lista de IU é "un erro estratéxico colectivo que pon en risco grave a pervivencia de Anova como organización nacionalista". Mesmo así, afirman que presentaran a candidatura, xa que, de saír o 5º representante de IU no Parlamento Europeo, consideraban que non era "irrelevante que a acta estea ao servizo exclusivo de Galiza por medio do proxecto xenuíno de Anova ou do sector liquidacionista da anovación, da irmandade e do nacionalismo". Aclaran tamén que a súa renuncia non se debe aos "intentos de censura aos escritos dos candidatos nin por outras irregularidades da dirixencia na xestión da convocatoria da eleccións internas" senón a súa fidelidade ao proxecto orixinal dunha "Anova nacionalista e de irmandade".
NOS_38227
Polémica en México: a adxudicación por Pemex de 2 buques hoteis a estaleiros galegos fíxose sen coñecemento do consello de administración da multinacional, sen pasar polo proceso de licitación e descoñecendo como se financiará a operación.
O xornal mexicano La Jornada vén de desvelar a polémica que se abre na multinacional petroleira Pemex a raíz da adxudicación da construción de dous buques hoteis a estaleiros galegos. O contrato, profusamente vendido pola Xunta en plena campaña preelectoral, implicaría toda unha serie de incorreccións, segundo membros do consello de administración desta compañía mexicana. Así, e segundo cita La Jornada, a adxudicación fíxose sen informar este órgano de xestión e decisión da compañía. Até tal punto que non tiña coñecemento da operación (que implica un custo de perto de 300 millóns de euros) nin o Comité de Estratexias e Investimentos (organismo que ten entre as súas funcións avaliar este tipo de proxectos). Para alén diso, a operación faríase sen levar a cabo unha licitación pública internacional para o concurso de participantes (tanto nacionais como estranxeiros), descoñécense as vías de financiamento da operación, e os que aprobaron a adxudicación deixan en breve o cargo deixando comprometidos unha serie de recursos. Ademáis, e sempre segundo a versión deste xornal, non está clara que a adxudicación implique a obriga dos fabricantes de incorporar nos buques unha procentaxe de "contenido nacional" mexicano, algo que Pemex ten que facer, sinalan. Propaganda versus feitos O convenio de Pemex cos estaleiros de Barreras e Navantia, polo cal cada un deles construirá un buque hotel, foi amplamente vendido pola Xunta a semana pasada, que cifrou en 3.000 os empregos que xeraría esta adxudicación. Unha cifra xa desmentida polos propios traballadores dos estaleiros e os sindicatos, que a rebaixan a, como moito, un terzo dese número. Denuncia do PSOE O PSOE vén de denunciar ante a Xunta Electoral que o PP está a empregar de forma partidista, afirman @s socialistas, os contratos de Pemex para estaleiros galegos valéndose para iso da "propia páxina web da Xunta".
PRAZA_6792
O Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa celebraron este xoves a xornada A publicidade en galego", co obxectivo de revisar un ámbito da comunicación fundamental para a normalización da lingua
Cal é a saúde da publicidade en galego? Mellorou nos últimos anos? Ou empeorou? Como lle afecta a crise económica? Por que as empresas que se anuncian en galego deciden facelo? Por que non o fan as demais? Onde están os obstáculos: nos anunciantes, nas axencias de publicidade, nos medios de comunicación, nos receptores? O Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa celebraron este xoves a xornada A publicidade en galego", co obxectivo de revisar un ámbito da comunicación fundamental para a normalización da nosa lingua, atendendo o aspecto diacrónico e de evolución, e fotografando o estado actual, desde os puntos de vista das empresas, da teoría da comunicación, da publicidade e da lingua. Os libros Publicidade e lingua galega (1995) e Vender en galego. Comunicación, empresa e lingua galega (1997) da autoría de Fernando Ramallo e Gabriel Rei analizaron no seu día a actitude dos consumidores perante o uso do galego na publicidade e déronlle voz aos responsables das empresas para coñecer, de primeira man e dende un punto de vista científico, as actitudes de cara ao emprego da lingua galega na promoción dos seus produtos. Pasaron case vinte anos e neste tempo o contexto mudou, nalgúns casos a peor, coa redución do número de falantes, ou coa diminución da porcentaxe de publicidade emitida en galego na TVG, como se denunciou na propia xornada. Outros elementos son máis positivos, sobre todo a decisión dalgúns grandes anunciantes, coma Gadisa, R, adegas coma Martín Códax ou mesmo o aeroporto do Porto, de publicitarse en galego. Un dato importante á hora de analizar o uso do galego na publicidade ten que ver coa estrutura empresarial de Galicia, baseado principalmente en pequenas e medianas empresas que non adoitan apostar pola comunicación nin investir nela. Investigacións da Universidade de Vigo sinalan que só o 15% das empreas galegas contaban en 2003 cun departamento específico de comunicación e relacións públicas e que só o 7% tiña persoal especificamente formado para realizar este tipo de accións. O galego, eficaz Alberto Pena, profesor de Comunicación da Universidade de Vigo, destacou a "incuestionable a eficacia do galego como lingua publicitaria", unha idea na que xa incidiu hai uns meses noutra entrevista concedida a Praza. Para Pena, "a lingua galega e as diversas representacións da nosa cultura facilitan a identificación co produto anunciado. Fannos sentir que somos diferentes, auténticos, que temos algo que ofrecer a un mundo cada vez máis uniformizado, que podemos dialogar con outras culturas cun modelo cultural senlleiro. É o mellor medio para reforzar o vencello emocional entre os anunciantes e os potencias compradores. Aínda que algúns deles poidan ser castelán-falantes, a lingua galega transmítelles confianza. Porque alimenta o sentimento de proximidade, autóctono". Pena chama a analizar a situación cunha dose de optimismo, mesmo recoñecendo que se parte dunha realidade manifestamente mellorable en canto ao uso que se fai da lingua galega: "Nos últimos 30 anos houbo unha evolución favorable ao uso do galego na publicidade. O que sucede é que agora hai moitos máis actores anunciantes, hai moitos máis emisores publicitarios, e por iso dá a impresión de que a publicidade en galego é mínima. Agora a publicidade en galego pode ser minoritaria, pero hai 30 anos era residual". Defende que "agora non só hai empresas galegas que se deciden polo galego, senón que hai empresas foráneas que dirixen en galego a audiencias galegas, dende El Corte Inglés a Eroski, pasando por Google. Vemos tamén que ás marcas galegas (Gadis, Mondariz, Martin Códax, R, San Luis...) que apostaron polo galego lles vai moi ben, comercialmente élles rendible". "Se se fai publicidade en galego é porque é rendible economicamente", conclúe. "Se se fai publicidade en galego é porque é rendible economicamente" Se é rendible para moitas destas empresas, daquela por que outras non seguen o seu exemplo? "Non hai unha causa concreta. Hai un conxunto de elementos e de causas", afirma Alberto Pena. "Algunhas, por ignorancia, cren que por usar o galego nas súas campañas poden perder algúns dos seus potenciais consumidores. Noutros casos hai unha falta de confianza nos valores da cultura galega, no valor da lingua como elemento identitario clave, e os anunciantes en consecuencia deciden non utilizar unha ferramenta que seguramente lles sería moi útil. Outros anunciantes empregan o castelán para dirixirse ao sector, cada vez maior, de persoas que en Galicia utilizan o castelán como primeira lingua", explica. O papel da TVG "O nivel de coñecemento e comprensión do galego é moi elevado e en xeral o receptor en Galicia é moi pasivo, non é un obstáculo" Na xornada tamén participou Benigno Fernández Salgado, profesor de Lingua Galega da Universidade de Vigo, que fixo un percorrido histórico pola utilización do galego na publicidade, dende o primeiro anuncio en lingua galega publicado na prensa do país, un das máquinas de coser Singer, 1876. Destacou que en Galicia os receptores non son un obstáculo para que a publicidade utilice máis o galego, a pesar da perda de falantes: "o nivel de coñecemento e comprensión do galego é moi elevado e en xeral o receptor en Galicia é moi pasivo, non é un obstáculo". Lembrou neste senso que R, que utiliza exclusivamente o galego nas súas campañas, realizou enquisas para comprobar se isto podía ter un prexuízo entre os seus clientes potenciais. Nos seus estudos había un 22% de persoas que si rexeitaban esta publicidade en galego. Porén, dende R decidiron non volver facer enquisas e ignorar ese 22% que aínda tiña prexuízos contra o galego. Fernández Salgado centrou parte da súa intervención na política de insercións publicitarias na TVG, a partir dun estudo que realizou en 2005, no que constatou que o 40% dos anuncios estaban en galego, e a súa comparación coa situación actual. O profesor destaca que na última década a porcentaxe diminuíu e instou á TVG a mudar a súa política, e a esixir dos anunciantes que realicen as súas campañas en galego ou as adapten para a súa emisión en Galicia: "A televisión pública debería impoñer as súas normas para as empresas, e iso modificaría substancialmente o panorama, porque xa que agora non hai publicidade na TVE, a TVG está nunha posición inmellorable para marcar as regras". "A televisión pública debería impoñer as súas normas para as empresas, e iso modificaría substancialmente o panorama, porque xa que agora non hai publicidade na TVE, a TVG está nunha posición inmellorable para marcar as regras" Ademais da importancia evidente para a normalización da lingua, Benigno Fernández Salgado lembrou que o feito de que as campañas de empresas foráneas non se adapten e se traduzan ao galego ten un impacto económico claro: "dado que os anunciantes consideran que non teñen por que facer ningunha adaptación das súas campañas en Galicia, sexa traducindo a voz en off, ou algúns planos dos seus anuncios para introducir as mensaxes en galego, iso ten efectos no volume de negocio das empresas galegas e no empregos no sector". En relación con isto, tamén sinalou algúns casos no que unha empresa decide facer unha campaña publicitaria en galego e, paradoxalmente, lla encarga a unha empresa de fóra de Galicia. Foi o caso de Abanca e a campaña O noso sentir común, realizada pola empresa madrileña Shackelton. Fernández Salgado comenta que "ao final, por casualidades da vida, un descobre que o responsable da campaña nesa empresa madrileña foi un galego, alumno meu, que tivo que emigrar a Madrid para traballar en publicidade". "Parece que non confían nos profesionais de aquí, e na calidade e potencia das nosas empresas", láiase Fernández Salgado, que reivindicou unha aposta polas empresas publicitarias galegas. O profesor fixo un repaso por outras campañas innegablemente exitosas, coma de Vivamos como Galegos de Gadis. De feito, o spot "Se chove, que chova" vén de recibir por terceira vez un dos galardóns de maior prestixio profesional: o Premio OURO á Eficacia da Publicidade 2014 concedido poa Asociación Española de Anunciantes, naa categoría Especial Rexional/Local. Porén, Fernandez Salgado reclamou que as campañas que utilicen o galego vaian máis aló do recurso á apelación identitaria: "Está ben explotalo, pero é moi primario, moi primitivo, pero cómpre ir máis aló, pódese facer todo tipo de publicidade en galego". Un sector que sofre a crise Fernandez Salgado reclamou que as campañas que utilicen o galego vaian máis aló do recurso á apelación identitaria Na xornada destacouse, ademais, que nas últimas dúas décadas se constatou a consolidación da imaxe de marca de Galicia, duplicouse o número de axencias publicitarias, aumentou a calidade e elevouse a confianza e a eficacia no uso da lingua na comunicación publicitaria. Con todo, tamén se lembrou que a crise está a lastrar este sector de xeito notorio. A este respecto Alberto Pena salienta que hai que ter en conta este contexto xeral, nos últimos anos, de redución do investimento publicitario en Galicia, que provoca unha reacción en cadea, cun impacto moi grande sobre as axencias de publicidade e sobre os propios medios de comunicación. De feito Galicia ocupa o antepenúltimo posto, entre todas as comunidades, na media do investimento das campañas publicitarias, que se sitúa nos 20 mil euros por anunciante. "E iso tamén inflúe na potencia e na frecuencia do uso da lingua na publicidade. Se houbese máis investimento en publicidade iso podería traducirse nunha maior aposta polo galego", destaca. Pena subliña que "as empresas do sector da publicidade en Galicia son moi pequenas, agás Bap Conde e algunha outra, o sector está moi atomizado" Pena subliña que "as empresas do sector da publicidade en Galicia son moi pequenas, agás Bap Conde e algunha outra, o sector está moi atomizado. As 132 empresas existentes supoñen a cuarta parte das que hai en España. Isto leva a que as nosas empresas non teñen proxección exterior, e non poden competir a nivel estatal e internacional". Porén, tamén indica que esta atomización ten "algún aspecto positivo, coma que estas empresas non só se concentran nas grandes cidades, senón que están distribuídas por vilas de todo o país".
PRAZA_3431
Está cantado. O coronavirus será un factor electoral de primeira magnitude. De agora ó 5 A a súa importancia aumentará e só queda por saber o seu impacto.
Está cantado. O coronavirus será un factor electoral de primeira magnitude. De agora ó 5 A a súa importancia aumentará e só queda por saber o seu impacto, baseado na intensidade -non só da enfermidade, senón tamén da paranoia ou o simple medo- e na decantación cara a unhas ideas e opinións sobre as medidas vistas pola xente como mellores ou peores. Iso, en función tamén de como lles afecten de xeito particular, etc, ou outros factores -está por ver que forzas políticas rematarán asociadas ó coronavirus e cales se erixirán entre a xente como asociadas á defensa da saúde.O pánico é xa, hoxe, unha profecía autocumprida en moitos lugares, e esténdese de xeito parello. Coido que peor aínda que o virus, pois atende menos ós razoamentos e a prevención. E os efectos, coido que tampouco terán moito que envidiarlle: o virus mata dun xeito, o pánico fai estragos -posibles mortes incluídas- de moitos.O impacto do coronavirus en relación coas eleccións, evidentemente tamén estará asociado á evolución en termos médicos, e non só en Galicia ou España, senón a nivel mundial. Pois o mundo será un espello no que se mirará o que se fai aquí. E por suposto, 'no medio', os medios, como axuste entre unha realidade que se transmitirá como se non estivese iso, 'mediatizada', e a sociedade, soliviantada ante unha ameaza que non é capaz de visualizar en termos relativos. Os medios xa están a esaxerar polo mesmo sistema lóxico que mantén os titulares: máis que informe, impacto. É dicir, chega con que haxa un grupo con psicose para que esa mesma psicose, ou as consecuencias dela, escalen ata o titular da noticia, propagando a mesma psicose e contaxiando a un maior grupo social, de xeito máis eficiente quer a propagación vírica. Iso, sen contr coas teorías sobre ocultación de datos.Non, non se sabe aínda como afectará, pero de aquí a menos de vinte días, comezo de campaña electoral, é abondo probable que poda afectar ós desprazamentos dos candidatos, ou á realización dos mítins, por non falar dos comentarios sobre a xestión da epidemia –na que a bó seguro, a maioría seremos expertos- ou da xestión do medo cidadán -que haberá quen tenda a incrementar para aproveitalo-, entre outras posibilidades que haberá que considerar.Mentres, a Organización Mundial da Saúde á cabeza doutras institucións sanitarias tenta dicir que que é pouco máis grave que a gripe normal. Pero xa que nestes momentos en toda China (pero poñamos que está concentrado en Wuhan) cóntanse 77 000 infectados, e 2500 mortes, para unha poboación (Wuhan) de 8 millóns de habitantes, podemos visualizar que é algo así como se en Ribadeo se contasen 100 casos e catro mortes nestes dous meses. En Ribadeo, en 2 meses, morren de media 23 persoas, e máis no inverno... Si, é grave, e calquera pode verse afectado, con peor prognóstico para a xente maior, e evidentemente non me gustaría que me afectara, e hai que poñer medidas tan sinxelas como lavar as mans, pero teño abondas máis probabilidades de morrer doutra cousa.E, nuns dias, a campaña electoral terá un ingrediente inesperado hai un par de meses (ben, daquela tampouco sabíamos da campaña en marzo)
PRAZA_10587
A intervención da Xunta en Meirás remóntase ao Goberno de coalición de PSdeG e BNG, cando foi promulgado o decreto que o declarou BIC, obrigando á súa apertura. O gabinete de Feijóo negociou cos herdeiros para abrir o Pazo e pagou os gastos derivados das visitas ata 2013
A pasada semana, unhas doce horas despois de que transcendese que a Avogacía do Estado xa presentara ante un xulgado da Coruña a demanda para tentar recuperar o Pazo de Meirás, o presidente da Xunta matizaba o seu propio discurso para anunciar que, moi probablemente, o Goberno galego comparecería nesa causa xudicial. O Executivo do PPdeG culmina deste xeito unha obvia viraxe a respecto do complexo sadense empregado como propio polo ditador, no que o gabinete de Feijóo chegou a destinar ata 50.000 euros para sufragar os gastos das xornadas de portas abertas obrigadas pola lei que os Franco se negaban a facilitar.A intervención da Xunta en Meirás remóntase ao ano 2006 cando, apenas seis meses despois de remudar o gabinete de Manuel Fraga, a Consellería de Cultura do Goberno de coalición de PSdeG e BNG iniciou os trámites para declarar o pazo como Ben de Interese Cultural (BIC), o cal traería consigo a obriga de abrilo ao público. Para facelo cumprían diversos trámites, entre eles a visita ao recinto por parte de técnicos da Consellería que dirixía Ánxela Bugallo. Os herdeiros do ditador litigaron contra a Xunta ata que non puideron evitar que, en decembro de 2008, fose promulgado o decreto que convertía en BIC a antiga residencia de Emilia Pardo Bazán.A intervención da Xunta en Meirás remóntase ao Goberno de coalición de PSdeG e BNG, cando foi promulgado o decreto que o declarou BIC, obrigando á súa apertura. O gabinete de Feijóo negociou cos herdeiros para abrir o Pazo e pagou os gastos derivados das visitas ata 2013Cando, en 2009, socialistas e nacionalistas perderon o Goberno fronte ao PP de Alberto Núñez Feijóo, quen dende a oposición receara abertamente do proceso, os Franco aínda batallaban nos tribunais para tentar impedir a apertura de Meirás. O novo Executivo do PP optara pola "negociación" coa "propiedade" ata lograr, en marzo de 2011, a apertura do pazo ás visitas. Pero previo pagamento.Concretamente, a Consellería de Cultura sufragou os gastos da seguridade durante as visitas a través de dous convenios e unha engádega que chegaron a sumar un total de 53.713 euros. Os herdeiros de Franco comprometíanse a "garantir" a apertura nos catro días o mes obrigatorios por lei -a mesma que despois atrancarían en diversas ocasións- agás cando estivesen en Meirás de vacacións e a Xunta asumía "os custos derivados" das visitas e tamén asumía o pagamento "da cobertura dos danos materiais que se puidesen producir (...) mediante a contratación dunha póliza de seguro".Dende 2013 a postura da Xunta e do PPdeG sobre Meirás comezou a virar: rematou o financiamento público das visitas e o Goberno galego accedeu a "estudar" as vías legais para tentar botar os Franco A posición da Xunta con relación a Meirás comezou a variar en 2013. Daquela deixou de poñer cartos públicos para sufragar a apertura obrigada por lei e os Franco optaron en varias ocasións por incumprir o réxime de visitas. Eses incumprimentos acabarían derivando no ano 2017 nunha multa de 4.500 euros euros ao abeiro da nova lei de patrimonio cultural.Xa sen financiamento público os herdeiros do militar golpista encomendaron a xestión das visitas á Fundación Francisco Franco, que evidenciou a súa intención de utilizar esas xornadas de portas abertas para converter cada percorrido nunha oda ao ditador. Paralelamente, a postura política do Goberno e do PPdeG foi virando ata acceder a "estudar" como botar os Franco de Meirás, aínda que sen sumarse á Xunta Pro-Devolución do pazo que constituíra a Deputación da Coruña.As pescudas das comisións de expertos e de investigacións en materia de memoria histórica foron claves para sustentar a demanda coa que o Estado tenta recuperar o Pazo, proceso no que a Xunta agora prevé comparecerEsa aposta polo "estudo" dos xeitos para recuperar Meirás concretouse no informe da comisión de expertos creada co impulso do Parlamento e o aval da propia Xunta, traballo xurídico e histórico que se sumou ao emanado do encomendado pola Deputación coruñesa. Ambos documentos, conxuntamente coas profundas pescudas de colectivos de memoria histórica e investigadores como Carlos Babío e Manuel Pérez Lourenzo foron clave para sustentar a demanda da Avogacía do Estado e localizar o documento que pode acabar sendo determinante á hora de tentar demostrar ante a Xustiza a "fraude" de Franco para quedar con Meirás.Con este pano de fondo Feijóo especificaba que os letrados da Xunta ven viable que o Goberno galego compareza no proceso xudicial iniciado polo Executivo central. A representación autonómica, di, tamén defenderá que o pazo é "dos cidadáns" porque foron quen o "pagaron" e non de "ningunha familia". Lonxe semella quedar, daquela, o tempo no que esa mesma familia rubricou co mesmo Goberno galego os acordos nos que os cartos eran cousa do erario.
NOS_42329
Empresa e sindicatos acordan reducir de 212 a 112 as persoas afectadas polo expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) no complexo industrial de Repsol na Coruña.
Repsol e os sindicatos acadaron onte un acordo sobre a aplicación do expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) na refinería da Coruña polo que o número de persoas afectadas pasará das 212 iniciais a 112, "non chegando ningún empregado a alcanzar o 100% de afectación", informa a compañía tras o acordo da comisión negociadora. Segundo explica, en maio e xuño o expediente incluirá a 42 persoas, mentres que a partir de xullo abarcará 70 persoas máis "completando as 112 con distinto grao de aplicación". Con carácter xeral, redúcese o número de meses de aplicación do ERTE, pasando dos seis iniciais a un máximo de catro e 20 días, tras os que os traballadores e as traballadoras se reincorporarán á súa actividade habitual. Ademais, engade, a compañía aplicará un complemento até alcanzar 85% das percepcións brutas, mantendo sen afección o pagamento de antigüidade, as pagas extraordinarias e a retribución variábel, entre outros conceptos". "Estas condicións contaron coa conformidade da representación sindical baseada no referendo maioritario dos traballadores para os que sería de aplicación esta medida, alcanzando un acordo por todas as partes nun exercicio de responsabilidade e actitude negociadora", argumenta a empresa. Repsol recalca o "carácter temporal" da medida e a súa vontade de "revertela de inmediato en canto as circunstancias o permitan" e incide en que "a crise derivada da pandemia, que provocou unha caída histórica da demanda do mercado de combustibles, levou Repsol a tomar a decisión de parar en abril as unidades de coque para afrontar estas circunstancias". A CIG, en contra Desde a CIG, acatando a decisión dos traballadores e traballadoras da refinaría, amosaron o seu rexeitamento a un ERTE que non consideran xustificado, ao tempo que recoñecen a súa preocupación polas condicións de seguridade da planta mentres dure o expediente. Nun comunicado, o sindicato tamén afirma lamentar "profundamente" as "inxerencias" na negociación do expediente por parte da empresa, á que acusan de estar "filtrando información durante todo o proceso e intentando dirixir o voto no día de hoxe".
NOS_18327
Unha manifestación en Santiago que contou co apoio de BNG ou AGE xuntou a afectad@s pola enfermidade que criticou con dureza a Goberno central e Xunta "xa que está quedando xente polo camiño".
Saíron desde a Avenida de Lugo e chegaron á Praza da Quintana, en Compostela, os centos de persoas que se manifestaron en demanda dunha medicación rápida para @s afectad@s pola hepatite C, aos que se lles negou desde o Estado a axuda para acceder aos remedios durante moito tempo, o que resultou letal para moitas persoas. "Quen teña hepatitis necesita a medicación", remarcou o portavoz en Ourense da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C, Raúl Anión. "Non podemos esperar máis porque a xente estase quedando polo camiño", sentenciou este portavoz nunha marcha que tivo o apoio de todas as forzas da oposición parlamentar, entre elas o BNG e AGE. Na manifestación se berraron consignas moi duras contra o presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, ou a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. Segundo o voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence, "non se poden admitir máis mortos nunha sociedade civilizada sabendo que hai remedio".
NOS_1889
Grupo Común da Esquerda, BNG e En Marea farán a solicitude na xunta de portavoces.
O anuncio do adianto de fechamento da central térmica das Pontes chega ao Parlamento da Galiza, onde o Grupo Común das Esquerda, BNG e Grupo Mixto solicitarán na xunta de portavoces a comparecencia do presidente galego, Núñez Feixoo para que explique que vai facer o goberno ante ese feche. O Grupo Común da Esquerda considera que "o goberno galego ignorou esta ameaza certa [de fechamento] , non reaccionou, e mesmo o PP votou en contra de propostas que pedían traballar nun plan de emprego para a comarca, vinculado coas enerxías renovábeis que garantizara os postos de traballo", sinalou a deputada Luca Chao. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reclamou a inmediata comparecencia do presidente da Xunta, pois "Feixóo debe explicar como vai garantir o futuro de Endesa nas Pontes e os problemas derivados dunha grave crise industrial na que esta empresa é só a punta do iceberg". Pontón advertiu que o feche da central pon en risco o futuro do concello e da comarca e despois de trasladar a solidariedade do BNG a todos os traballadores e traballadoras afirmou que é necesario abordar de "maneira rigorosa a transición ecolóxica e a descarbonización" pero sobre todo, "como e cando" debe producirse o proceso sen esquecer que o máis importante é ofrecer unha alternativa antes da paralización da central. O grupo mixto apoiará esas peticións de comparecencia na Xunta de Portavoces, mentres que o PSdeG non desvelou o seu posicionamento ao respecto. Luís Villares considera que durante estes últimos dez anos tanto PSOE como PP estiveron "enganando a cidadanía facéndolle crer que a central térmica permanecería aberta ata 2045 recibindo subvencións por contaminar". Quen si o fixo foi o PP, que por boca do seu portavoz parlamentar, Pedro Puy, acusou a oposición de querer "ensarillar o debate" e defendeu que a Xunta cumpriu co seu deber, algo que non fixo, dixo, o goberno español.
NOS_4511
O ministro de Xustiza volve citar o informe de Nacións Unidas que sinala que os prazos para abortar un feto san e outro con malformación deberían ser iguais para xustificar a supresión do suposto legal das malformacións para a interrupción voluntaria do embarazo. Apunta que a Lei de 2010 atribúe "hipotéticas e negativas consecuencias" sobre a saúde das nais
De "rebelde" e "nada conservadora" cualificou alá por marzo o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, o paquete de medidas que pretendía aprobar neste ano: a necesidade de acreditar insuficiencia de recursos para acceder á xustiza gratuíta, gravar as taxas xudiciais para a segunda instancia, reformar o Código penal español para incluír de facto a prisión permanente revisábel e a custodia de seguridade. Para outono deixou os cambios na lexislación sobre o aborto, "recuperando os dereitos do concebido" e exixindo o consentimento de nai e/ou pai para que as mulleres que non teñan 18 anos poidan decidir sobre os seus corpos. Após saír do prelo un manifesto asinado por centos de profesionais da xinecoloxía en contra da eliminación do suposto das malformacións no feto, Gallardón insiste en que a súa reforma "non se basea en frías estatísticas" e que son "multitude" as normas internacionais e do ordenamento xurídico español as que amparan e estenden o dereito á non discriminación a todas as persoas. Así se pronunciou nunha resposta parlamentar dirixida á deputada de ICV, Laia Ortiz, que preguntaba ao goberno español sobre a exclusión das malformacións como causa legal do dereito á interrución voluntaria do embarazo. Di o conservador respecto da Lei de 2010, aprobada polo PSOE, que "non se sostén" emitir xuízos "atribuíndo hipotéticas e negativas consecuencias" sobre a saúde das mulleres cando estas non optan polo aborto perante un embarazo non desexado. Volve citar Gallardón o informe das Nacións Unidas que sinala que os prazos para abortar un feto san e outro con malformación deberían ser iguais. Para dar cumprimento a esa recomendación existen dúas posíbeis opcións. Eliminar o suposto de malformación --como propón o ministro--, ou, en troques, ampliar os prazos dos outros dous supostos até os equiparar co contemplado para as anomalías graves. Esta segunda opción suporía que, atendendo a recomendación invocada por Gallardón, se podería mesmo descartar a limitación por supostos e optar por permitir legalmente o aborto libre e sen xustificacións até a semana 22. Aliás, o informe da ONU en que o ministro Gallardón sustentou a súa decisión de aprobar unha norma máis restritiva que a de 1985 inclúe máis recomendacións para o goberno español que o PP tería pasado por alto. Entre elas, que destine "recursos suficientes para garantir os servizos de asistencia" a persoas dependentes e que os amplíe para dotar de "asistentes persoais" a quen conviva coa diversidade funcional. Pola contra, as axudas á Lei de dependencia fóronse coa 'austeridade', e o acceso de máis pacientes dependentes ficou paralizado.
PRAZA_323
O presidente da Xunta presume de datos do IGE e considera que "se incrementa o cambio de tendencia en favor da lingua propia" ao tempo que adianta que activará desde a SXPL un plan para "dinamizar" o idioma en coordinación coa RAG e outras entidades.
"Tangos en galego aínda non escoitei ningún" Case cinco anos despois da posta en marcha do decreto do plurilingüismo que reduciu a presenza da lingua propia no ensino, despois da supresión das galescolas -agora galiñas azuis- e a redución a residual da aprendizaxe do galego en educación Infantil ou tras a supresión da proba de galego no acceso á función pública, Núñez Feijóo adianta que activará un plan para "dinamizar" o uso do galego nos ámbitos social e económico. O plan será impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) en colaboración coa Real Academia Galega (RAG) e outras entidades e o seu anuncio chega aos tres días dunha nova multitudinaria marcha en Compostela reclamando un cambio na política lingüística da Xunta e despois de que a propia RAG solicitase un cambio de rumbo inmediato por parte do Goberno. Feijóo adianta un plan para "dinamizar" o uso do galego nos ámbitos social e económico "A nosa obriga é dar a coñecer o idioma galego en liberdade, que sexamos quen de falar o noso idioma, porque para falar un idioma o primeiro que hai que facer é coñecelo e o 97% da xente sabe falalo e a inmensa maioría sabe escribir galego", aclarou Feijóo ante as duras críticas do voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, que acusou o presidente da Xunta de ser "servidor da doma e castración do galego" tras aludir á enquisa do IGE que reflicte unha dramática situación para o idioma propio. Malia os datos, e a pesar de anunciar un plan para impulsar o galego, Feijóo insiste en sacar cifras positivas das estatísticas do IGE. "Hoxe hai maís galegos que coñecen a lingua que cando vostedes gobernaban e máis galegos que saben escribir que cando vostedes gobernaban", dixo en referencia ao bipartito. "Estou preocupado non porque se coñeza o galego; o que me preocupa é por que non utilizamos o galego se o coñecemos", insistiu o presidente, obviando os duros discursos contra a lingua propia empregado polo seu partido na campaña que o levou á súa primeira vitoria electoral. "O cambio de tendencia en favor do galego increméntase; aumentan os que coñecen o galego, os que teñen capacidade para falar e escribir...E o grao de coñecemento é o máis elevado ca nunca", insistiu Feijóo. "Leamos a enquisa na súa totalidade", seguiu. O presidente da Xunta sostén que "hai máis galegos que coñecen e saben escribir en galego" que durante a etapa do bipartito Jorquera reclamoulle que "rectifique a súa política lingüicida" e preguntoulle se a súa aposta polo plurlingüismo é "impoñer de facto o monolingüismo en castelán". Así, lembroulle os pésimos datos que se tiran da enquisa do IGE: "O galego perdeu máis de 300.000 falantes, e os datos confirman a perda continuada do uso do galego que se acentuou dende que é presidente. O 75% dos menores de 15 anos non falan nunca ou case nunca e apenas un de cada catro sabe falar en galego". Jorquera pediu a Feijóo que "rectifique a súa política lingüicida" e acúsao e "impoñer de facto o monolingüismo en castelán" Feijóo, non obstante, acusou o BNG de "facer dúas Galicia, a dos bos galegos e a dos malos galegos". "Non identifique a lingua co nacionalismo, sería o peror que lle pode pasar", asegurou o presidente, que pediu "defender o galego máis intelixentemente" e que culpou o Bloque de "aproveitar calquera ocasión para dividir, rachar e enfrontar" e de "politizar e facer partidismo coa lingua". "Son tan galego coma vostede", insistiu Feijóo, que presumiu de "aprobar a lei Paz Andrade" e dun futuro convenio co Instituto Camões, asdemais de anunciar que a Xunta "seguirá traballando" en diferentes ámbitos para impulsar un idioma que cada vez se fala e emprega menos. Ademais, convidou a oposición a participar nese plan para impulsar a lingua propia.
NOS_43044
Non se pode combater a pandemia só con restricións de mobilidade e confinamentos, advertiu o portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, que situou fulcral pór fin á precarización e privatización do sistema sanitario galego, fortalecendo e mellorando en primeiro lugar a Atención Primaria.
"Durante os anos 2017 e 2018 o Goberno galego reduciu de maneira dramática os recursos do sistema sanitario público con 18% menos de orzamento, recortando máis de 1.000 camas, eliminando por riba de 500 prazas de persoal médico e máis de 1.120 de persoal non sanitario", relatou esta segunda feira, 9 de novembro, o doutor Manuel Martín para introducir a súa exposición en nome de SOS Sanidade Pública na comisión de reactivación económica, social e cultural no Parlamento. Aliás, Manuel Martín responsabilizou a Xunta da Galiza, por "desmantelar as áreas sanitarias", das dificultades de coordinación que se sofren entre a Atención Primaria e o resto de servizos. Un dos puntos que máis debate xerou na comisión foi a atención telefónica que a Xunta xeneralizou nos centros de saúde "aproveitando a crise do coronavirus", dixo Martín, que denunciou que as liñas telefónicas están saturadas e que moitas persoas teñen que chamar até en 20 ocasións para poder contactar nalgún momento co seu centro. Asociacións que apoian a implantación da atención telefónica apuntan, precisou Martín, a que esta non supoña máis de 20% do volume de consultas. Porén, na Galiza é o presencial o que está en 23% segundo o propio Sergas, denunciou o portavoz de SOS. O doutor lamentou que se reduza a capacidade dos centros sen que se habiliten novos espazos, obrigando pacientes a facer fileiras fóra, "ao ar libre". Así respondeu Martín á deputada do PP, Encarnación Amigo, que botou a responsabilidade sobre as médicas e médicos da Primaria, xa que son eles "quen deciden" se atender por teléfono ou se fan unha consulta persoal ao paciente. A dificultade está en contactar co centro e co médico, volveu insistir Martín. "Nunca tivemos mellor medicina", seguiu a popular, "cando un pregunta ao paciente -sobre a sanidade galega- este está contento", zanxou Amigo. Aliás, Martín denunciou a perda da calidade na consulta telemática e pediu que, en todo caso, sexan complementarias e nunca substitutivas da presencial. Así mesmo, o portavoz de SOS alertou de que a Atención Primaria "está en crise polas novas necesidades" e sinalou preciso fortalecela incrementando a enfermaría e novas categorías profesionais como a psicoloxía clínica, a fisioterapia, a farmacoloxía clínica ou traballo social e "responsabilizándoa da combinación dos procesos asistenciais e de coordinarse co sistema sociosanitario e da dependencia". "A falta de persoal e dunha política de información transparente no Sergas fai que o persoal sufra inxustamente queixas dunha poboación frustrada e preocupada polas dificultades de acceso á sanidade", dixo Martín sobre a presión que padecen as e os profesionais. "A pandemia colleu o Sergas con moitas patoloxías previas", dixo a deputada do BNG, Montse Prado a Manuel Martín, en referencia á década de recortes sanitarios do Goberno galego. "Non é posíbel manter durante moito tempo todo o servizo sanitario sobre os ombreiros do persoal", a quen a Xunta "maltrata coa súa política laboral", criticou a nacionalista. Ao igual que Martín e Prado, o deputado do PSdeG, Julio Torrado, denunciou a privatización e recortes e quixo pór sobre a mesa a ocultación que fai a Xunta sobre o número de rastrexadores que ten a Galiza. Mortalidade A falta de dotacións hospitalarias e de camas UCI provocou, segundo Martín, que para evitar o colapso das mesmas na pandemia se adiasen "ao redor de 3.000 intervencións cirúrxicas, 600.000 consultas e 20.000 probas diagnosticas, o que provocou que se incrementasen as listas de espera de maneira exponencial" mais, segundo denunciou, "o Sergas mantenas ocultas para evitar que a poboación coñeza a gravidade da situación". Son moitas as persoas enfermas que seguen descoñecendo cando terán cita, criticou Martín, que tirou de estudos para sinalar que do exceso de mortalidade deste ano, ao redor de 40% ten relación con enfermidades diferentes á Covid-19, moitas delas sen atender polo colapso e falta de medios. Sanidade insiste en que a Primaria non pida PCR aos contactos O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reiterou que a orde do seu departamento para que as e os médicos da Atención Primaria non soliciten probas PCR de coronavirus a contactos estreitos busca "liberar" estes profesionais dunha "carga adicional" para eles.Con todo, o conselleiro cualificou de "lóxico" que se un profesional detecta un paciente da súa área que foi contacto estreito dun positivo pola Covid-19 e non se lle solicitou a PCR que "pida" esta proba. Así se pronunciou García Comesaña ao ser preguntado polo feito de que médicas e médicos desta especialidade se amosasen "insubmisos" ante a orde da Consellaría de Sanidade de que "non se soliciten PCR aos contactos estreitos" e os remitan á Central de Seguimento de Contactos (CSC). O conselleiro considerou que tanto estes profesionais como a poboación en xeral "prefiren" cando se lles chama desde a Central de Seguimento que "nese momento se lles diga que lle van a facer a PCR e dar cita e non que teñan que ir ao centro de saúde e que sexa o médico quen teña que pedir a proba". Foi o pasado 6 de novembro cando un grupo de doutoras e doutores da Atención Primaria comunicaron a súa "insubmisión" á orde de Sanidade. O voceiro da Asociación Galega de Medicamento Familiar e Comunitario (Agamfec), Jesús Sueiro, que traballa nun ambulatorio compostelán xa advertía daquela a este xornal a súa "sorpresa" pola directriz "cando non se están facendo as cousas ben" por parte da Central de Seguimento de Contactos. "Se non se fai, non vou deixar de pedir a PCR", argumentaba este doutor. Tamén apuntaban desde colexios médicos que detrás desta directriz do titular de Sanidade da Xunta da Galiza puidese estar a decisión de procurar reducir o número de PCR a realizar.
PRAZA_8889
A banca acredora concede un préstamo para facerlle fronte ao pago de nóminas e a provedores. Os sindicatos suspenden as mobilizacións á espera do plan de viabilidade da compañía
A administración concursal de Pescanova e a banca acredora avanzaron este luns o acordo que permitirá explorar as cada vez máis escasas posibilidades de continuidade da compañía galega. As negociacións iniciadas pola mañá deste luns por Deloitte e os bancos que acumulan o groso da débeda culminaron pola tarde co preacordo, pendente de pechar os seus últimos detalles, para a concesión dun crédito adicional de 55 millóns de euros que permitirá afrontar o pago de nóminas e os gastos máis urxentes. Ou o que é o mesmo: evitar a quebra do xigante do sector pesqueiro. A negociación cos acredores permitiu constatar a vontade da banca española atrapada na crise de Pescanova de evitar a liquidación, polo menos a curto prazo, do grupo empresarial, segundo informaron fontes da compañía aos representantes dos traballadores. Deloitte, o administrador concursal designado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), negociou as condicións dun crédito que, ademais de liberar o pago das nóminas, facilitará o cumprimento de compromisos con provedores de filiais no estranxeiro, principalmente de Arxentina e Chile, e deixa para unha seguinte fase o refinanciamento dunha débeda que supera os 3.300 millóns de euros. Nese refinanciamento desempeñarán un papel relevante nunha negociación aparte os bancos portugueses que lle permitiron en 2009 á empresa que presidía Sousa embarcarse na errada planta acuícola de Mira O acordo que agora se pecha está condicionado á súa consideración como débeda privilexiada, para priorizar o seu cobro en caso de liquidación do grupo empresarial. As negociacións realizáronse con representantes de Banco Sabadell, Banco Popular, Bankia, Novacaixagalicia Banco, CaixaBank e Deutsche Bank, principais damnificados pola xestión realizada polo equipo que presidía desde hai máis de 30 anos Manuel Fernández de Sousa. O diñeiro só se poderá destinar a gastos correntes que eviten o cesamento inmediato da actividade de Pescanova. Nese refinanciamento desempeñarán un papel relevante nunha negociación aparte os bancos portugueses que lle permitiron en 2009 á empresa que presidía Sousa embarcarse na errada planta acuícola de Mira, unha operación que tamén atrapou o Goberno do país veciño, que subvencionou o complexo con 43 millóns de euros. Caixa Geral de Depósitos, Banco de Espírito Santo, Millennium BCP e o Banco Portugués de Investimento reclaman agora 335 millóns de euros cos que Sousa impulsou a que ía ser a primeira granxa de cría de rodaballo do mundo, situada en Portugal ante a negativa da Xunta, entón presidida polo PSdeG, de facilitar a ocupación de 357.000 metros cadrado de Rede Natura en Cabo Touriñán (Muxía). A noticia foi acollida con satisfacción polos traballadores de Pescanova, que aprazaron as mobilizacións previstas para este mes de maio como mostra de boa vontade Para facer fronte ao novo crédito de 55 millóns, Deloitte afrontará a venda de activos da compañía, nunha operación que se incorporará ao plan de viabilidade. A noticia foi acollida con satisfacción polos traballadores de Pescanova, que aprazaron as mobilizacións previstas para este mes de maio como mostra de boa vontade. "Tras a substitución na dirección do grupo, ao ser apartado Sousa da presidencia, produciuse un cambio radical na xestión da compañía, agora hai unha canle de diálogo e un plan de futuro", sinala Francisco Vilar, secretario da Federación Agroalimentaria de Comisións Obreiras de Galicia. Os sindicatos están á espera de coñecer o plan de viabilidade da compañía e o seu impacto nun persoal de máis de 10.000 empregados, 1.500 deles na provincia de Pontevedra, para resolver se retoman as mobilizacións. Os movementos no consello de administración denotan que os datos que afloran desde a substitución non son precisamente bos A concesión dos 55 millóns de euros constitúe a primeira boa nova tras a sucesión de desastres á que asisten os traballadores de Pescanova. O último, a posibilidade de que o equipo directivo que encabezaba Manuel Fernández de Sousa, apartado da presidencia polo xulgado que xestiona o concurso de acredores, non só ocultase débeda, senón tamén perdas operativas, unha información que a CNMV non quixo confirmar nin desmentir. Pero os movementos no consello de administración denotan que os datos que afloran desde a substitución non son precisamente bos. Tras case 40 anos de lealdade absoluta primeiro ao cofundador da compañía José Fernández e despois ao seu fillo, Manuel Fernández de Sousa, García marcha pola súa perda de confianza Nas últimas dúas semanas producíronse dúas dimisións de conselleiros relevantes. O primeiro foi o ex presidente de Banesto e de Unión Fenosa Antonio Basagoiti, un do cinco membros do consello que votaron en contra da solicitude do concurso de acredores proposto por Sousa. A outra, quizais máis discreta pero posiblemente máis simbólica, produciuse o 30 de abril, pero coñeceuse varios días despois. Trátase do abandono de Jesús Carlos García García, un histórico de Pescanova, á que se incorporou en 1964. Tras case 40 anos de lealdade absoluta primeiro ao cofundador da compañía José Fernández e despois ao seu fillo, Manuel Fernández de Sousa, García marcha pola súa perda de confianza "á vista dos últimos acontecementos".
PRAZA_13434
Distintos colectivos conmemoran este mércores o Día Mundial Refuxiados, salientando que no mundo hai 42,5 millóns de persoas desprazadas e denunciando situacións coma as dos campos de Dadaab, en Kenia, con medio millón de poboadores. En España as solicitudes de asilo aceptadas descenden ano a ano.
No mundo hai 42,5 millóns de persoas desprazadas, 15,2 millóns de refuxiados, a metade menores de 18 anos, hai 895.000 solicitantes de asilo, 26,4 millóns de desprazados internos, 12 millóns de apátridas, 3,7 millóns de repatriados. Cada minuto oito persoas abandonan os seus fogares fuxindo de guerras, persecucións políticas ou étnicas. As cifras asustan, pero tamén ocultan os millóns de dramas individuais que as conforman. Este 20 de xuño celébrase o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que se organiza en todo o mundo baixo o lema Os refuxiados non teñen elección. Ti si. En 2011 tramitáronse 3.422 solicitudes de asilo en España, o que representa pouco máis do 1% do número total de peticións en toda a Unión Europea Por exemplo, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) lanzou a aplicación A miña vida como refuxiado, para explicarlle á cidadanía a situación e que cada persoa se pregunte que faría nunha situación extrema que o convertese en refuxiado. Pola súa banda, a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado lanzou a campaña No entran, acompañada dun vídeo para chamar a atención sobre o feito de que en España as solicitudes de asilo aceptadas caeron un 65% na última década. En 2011 tramitáronse 3.422 solicitudes de asilo en España, o que representa pouco máis do 1% do número total de peticións en toda a Unión Europea, segundo a ONG Accem. Medio millón de persoas en Dadaab Mentres, Médicos Sen Fronteiras publica un informe sobre a situación actual do medio millón de refuxiados somalíes en Dadaab (Kenya). O pasado verán as graves sequías, sumadas a un conflito armado que dura xa dúas décadas e o bloqueo internacional provocaron unha aguda crise nutricional en Somalia. A poboación somalí converteuse no centro da atención pública durante o verán para volver caer no esquecemento un ano despois. As condicións de vida en Dadaab melloraron un pouco o pasado verán, mais a partires de outubro a situación nos campos deteriorouse a causa de diversos incidentes de seguridade que dificultan a axuda humanitaria. Os refuxiados en Dadaab viven nun lugar que xa non é seguro. Así mesmo, os campos de refuxiados, que deberían ser unha solución provisional de emerxencia convértense nun enclave permanente Os refuxiados en Dadaab viven nun lugar que xa non é seguro. Así mesmo, os campos de refuxiados, que deberían ser unha solución provisional de emerxencia convértense nun enclave permanente, sen posibilidades de abandonar o campo. "Dadaab deixou de ser un refuxio, mesmo cando hoxe en día a población pódese alimentar", explica Elena Velilla, representante de MSF en Kenia. "Está claro que o modelo actual de campos non funciona. Cantas máis crises nutricionais ou epidemias de sarampelo se necesitan antes de que cheguemos a unha solución?". Os refuxiados, a maioría nenos, anciáns e mulleres, seguen chegando a Dadaab desde Somalia. Pero en Dadaab xa non atopan seguridade. Nos propios campos e na súa periferia, os roubos, o crime e a violencia van en aumento, o que afecta á provisión de servizos e de axuda. Descarga aquí o informe completo sobre a situación do campo de Dadaab (.pdf)
PRAZA_9968
"Defender un país non é odiar os independentistas nin dicir que vén o lobo" da extrema dereita, "é defender a pesca, a industria e o sector naval", proclamou Iglesias no mitin central da campaña de En Común-Unidas Podemos en Vigo, onde alertou dun eventual pacto entre o PSOE e Ciudadanos
A pugna por escanos galegos de En Común-Unidas Podemos concéntrase, sobre todo, nas dúas provincias atlánticas. Aínda que a formación asegura apostar por lograr representación nas catro, como conseguira En Marea como coalición en 2015, os esforzos de campaña están concentrados nas circunscricións da Coruña e Pontevedra. E nelas estivo o foco da xornada de campaña galega de Pablo Iglesias, este 25 de abril.O líder Unidas Podemos comezou o día na lonxa da Coruña, continuou en Ferrol participando na mobilización do sector naval e en xuntanzas co persoal dos estaleiros e culminou, contra o mediodía, nun mitin en Vigo. No mesmo escenario que logrou encher a pasada semana Pedro Sánchez, o vestíbulo principal do palacio de congresos Mar de Vigo, a convocatoria de En Común-Unidas Podemos logrou completar folgadamente o aforo para recibir a Iglesias, que combinou as ideas forza xerais da súa campaña cunha promesa de "defender" os principais sectores produtivos galegos se Unidas Podemos logra chegar ao Goberno de España."Defender un país non é odiar os independentistas nin dicir que vén o lobo" da extrema dereita, "é defender a pesca, a industria e o sector naval", proclamou Iglesias no mitin central da campaña de En Común-Unidas PodemosAo inicio da carreira electoral, relatou Iglesias tras ser recibido entre berros de "presidente", "a dereita só quería falar de Cataluña" e o PSOE, "só de Vox". "Parecía que ía ser imposible falar das cousas que importan á xente". Pero a súa aposta, afirma, foi fuxir das "xeneralidades" para poñer o foco en asuntos como o dereito á vivenda ou a necesidade de baixar o prezo da luz. "Non fai falla insultar a ninguén nin falar de Vox", reiterou, porque "defender un país non ten que ver nin con odiar os independentistas nin dicir que vén o lobo" da extrema dereita. "Defender un país é defender a pesca" e afirmar "que o noso Goberno ten que negociar doutra maneira as cotas pesqueiras en Europa", proclamou, é "defender a industria e o sector naval". Tamén poñer fin "á vergoña de que haxa gandeiros que teñan que vender o leite por baixo do prezo do mercado". E para iso, agregou, "ten que haber un goberno que sente coas grandes distribuidoras e diga que non pode ser que maltraten o sector gandeiro".A alerta ante un posible pacto PSOE-CiudadanosComo no conxunto da campaña de En Común-Unidas Podemos, Iglesias aproveitou tamén o mitin máis concorrido da formación en Galicia para tentar escorrentar a pantasma do voto útil ao PSOE. Se a aritmética parlamentaria o permite "hai poderes económicos e sectores do PSOE que van traballar para que haxa un goberno de Rivera presidido por Sánchez", advertiu. "Hai poderes económicos e sectores do PSOE que van traballar para que haxa un goberno de Rivera presidido por Sánchez"Ese, a xuízo de Pablo Iglesias, é un motivo máis para escoller as papeletas de Unidas Podemos. Porque van servir "para frear á dereita, sen dúbida" e ademais, "sen ningunha contradición" á hora de votar. Pero "non é só un voto para frear a alguén", senón tamén para "que se protexa o dereito á vivenda, acabar coa temporalidade laboral, para ter unha empresa pública de enerxía e defender os servizos públicos", exemplificouEsa petición de apoio, concluíu Iglesias, chega tras uns anos nos que "fixemos algunhas cousas mal", pero "demostramos que a nós non nos compra ninguén". Por iso pide poder chegar ao Goberno e "se en catro anos non cambiamos nada, que non nos voten máis". O acto pechou entre caraveis e o canto do Grândola, vila morena en conmemoración do cuadraxésimo quinto aniversario da Revolução dos Cravos.
PRAZA_17078
A primeira encarga de Vonnegut no 'Sports Illustrated' foi un artigo sobre unha proba hípica; ficou tan bloqueado que botou horas na redacción mirando fixamente o papel ata que acabou por erguerse e marchar
Kurt Vonnegut é máis que un dos meus escritores preferidos. Aínda hoxe non sei se entendín moi ben todo o que pasa en Matadoiro Cinco, pero cada vez que pego coas súas páxinas déixanme unha sensación de abatemento que poucas cousas máis conseguen. Vonnegut, que morreu en 2007, paréceme un artista conmovedor, contraditorio como somos todos, humanista e á vez dono dunha prosa de lixa do oito, capaz de captar escenas perturbadoras e, ao tempo, embarazosamente humorísticas. Tamén debeu de ser un ser humano ben curioso e escindido. Polo visto, navegou durante toda a súa vida entre a necesidade de escribir e a de pagar os recibos, ansias que son case sempre incompatibles. Traballou de redactor publicitario para a General Electric, inventando historias sobre inventos fabulosos a recollendo ideas e personaxes que aparecerían despois nas súas novelas. Cando deixou a compañía, montou un concesionario de Saab que foi a pique porque el era moi mal vendedor e os coches suecos, un desastre. Co seu característico humor corrosivo, Vonnegut explicou nun artigo pouco antes de morrer que aquela experiencia fracasada co emprendemento o afastou para sempre do premio Nobel. Segundo di un proverbio noruegués, escribiu, xa se sabe que os suecos teñen "a minga moi pequena e a memoria moi grande". A primeira encarga de Vonnegut no 'Sports Illustrated' foi un artigo sobre unha proba hípica; ficou tan bloqueado que botou horas na redacción mirando fixamente o papel ata que acabou por erguerse e marchar O caso é que Vonnegut tentou durante unha temporada vivir do xornalismo deportivo. Xa expliquei hai uns días aquí mesmo que para algúns escritores este xénero é menor, case ínfimo, mais semella que a Vonnegut se lle atragoou a experiencia. Segundo contou el mesmo, a revista Sports Illustrated chamouno para escribir nun dos primeiros números, nos anos cincuenta. "Contrataran unha presa de redactores deportivos pailáns que, segundo se soubo despois, non sabían escribir. Así que máis tarde contrataron outra presa de escritores sen interese nin coñecemento ningún do deporte. Eu entrei no segundo grupo porque estaba arruinado", contou. A primeira encarga do Sports Illustrated foi un artigo sobre un cabalo que, durante unha proba hípica, decidira saltar o valado exterior da pista e escapar libre campo a través. Semella unha historia curiosa e moi literaria da que se pode sacar partido, pero Vonnegut ficou tan bloqueado que botou horas na redacción, mirando fixamente o papel con expresión angustiada. Ao final acabou por erguerse e marchar. O artigo que deixou sobre a mesa reducíase a unha única frase: "O cabalo saltou por riba do puto valado".
NOS_9471
A campaña electoral acostuma estar monopolizada polo discurso das diferentes forzas políticas e as súas propostas. Sermos Galiza quere dar tamén voz ao electorado, á xente que o vindeiro 21-O está chamada ás urnas. Coa entrevista a Xosé Heriberto, un dos tantos parados do sector naval, fica inaugurada unha sección dentro da cobertura especial das eleccións galegas con que "o electorado toma a palabra".
Leva tres ano desempregado. O seu último contrato foi nos astaleiros de Navantia. Vinte e cinco días que non lle deron para moito. Xunto a compañeir@s de traballo organizouse na Asemblea de Desempregados de Ferrol. Un contrato por obra e despois nada, non? Exacto. Traballei nun grupo en que eramos 32 persoas e ao final só quedaron seis. Pasan primeiro os días e logo os meses. Pasarán moitas cousas pola cabeza... Uf. Tes todo o tempo para pensar. Ás veces son pensamentos malos. Mudou a súa vida? Teño 46 anos e agora vivo cos meus pais. Nesta campaña fixéronse promesas de que o astaleiro terá traballo cos contratos de Pemex. Que opina? Non me creo nada. Non é críbel. Se o fose os contratos non estarían agochados. Dá a impresión que non hai nada. Seguro que o luns vindeiro teremos a verdade. Ademais e pan para hoxe e fame para mañá. Non é a solución para o astaleiro. Cal pensa que será a solución? Contar coa construción civil. Presumen de que hai moito mercado mais aquí non se ve. Navantia é un grupo que tanto pode vir para Cádiz ou para Ferrol. Nin funciona o goberno nin estes que chaman "sindicatos maioritarios" do Estado español. Que solución teñen? Fixemos unha asemblea de desempregad@s. Entramos o outro día nun supermercado para levar comida a unha cociña económica e logo xa tivemos unha chamada desa empresa de alimentación para negociar. É mellor actuar. Calar é outorgar.
NOS_19240
Após anunciar que será sometido a unha nova intervención cirúrxica, o recentemente re-elixido presidente de Venezuela asegurou que depositara a súa confianza no vice-presidente, Nicolás Maduro, porque a oposición "non descansará na incerteza, sobre todo en circunstancias como estas".
Após someterse a un recoñecemento médico, Hugo Chávez anunciou que sería sometido a unha nova operación cirúrxica por mor do cancro que padece desde 2011. Neste sentido, Chávez confirmou que viaxará á Habana para que lle sexa suministrado un novo tratamento. Porén, o xefe de Estado venezolano asegurou que a Revolución Bolivariana "non depende só dun home senón" que foi asumida xa polo pobo de Venezuela. "Pasamos etapas, por sorte a Revolución bolivariana non depende dun só home, desatouse un liderado colectivo" "Hoxe temos a patria máis viva que nunca", aseverou o líder venezolano entrementres lanzaba chamamentos á unidade "sobre todo", asegurou "en circunstancias coma estas" afirmando con rotundidade que esa unidade "de todos os patriotas, garantirian a continuidade "da súa Revolución". No entanto, Chávez recoñeceu na súa intervención pública que existen riscos inherentes á propia operación polo cal de se produciren complicacións que lle impedisen exercer as súas funcións como mandatario, sería o vice-presidente da República, Nicolás Maduro, o que se presentase nun segundo proceso electoral como candidato da Revolución bolivariana. Así pois, amosou a súa decisión como "irrevocábel e absoluta" de que "o pobo" debe elixir a Maduro como "próximo presidente", apuntou.
PRAZA_1149
Os inquéritos difundidos esta fin de semana indican que o PP podería manter a alcaldía de Ferrol e que a Marea Atlántica e Compostela Aberta terían a posibilidade de encabezaren gobernos alternativos na Coruña e Santiago.
Panorama aberto na maioría das cidades e unha soa maioría absoluta urbana para o PP. Este é o escenario que debuxan as últimas enquisas da campaña electoral do 24-M en Galicia. No derradeiro domingo con enquisas publicadas as casas demoscópicas que elaboraron estes traballos debuxan unhas corporacións municipais marcadas pola pluralidade e nas que PP, PSdeG e BNG terían na man cadansúa maioría absoluta en Ferrol, Vigo e Pontevedra, respectivamente, mentres que a Marea Atlántica e Compostela Aberta terían diante de si a posibilidade de liderar gobernos de esquerdas na Coruña e Santiago. A única enquisa que abrangue as sete cidades, a do instituto demoscópico de La Voz de Galicia, é a que sinala a posibilidade de que o PP amarre unha maioría absoluta urbana, a de Ferrol. Segundo este inquérito José Manuel Rey mantería os seus trece concelleiros e mesmo aumentaría catro puntos na súa porcentaxe de voto. O resto da corporación mudaría notablemente a respecto da actual; Ferrol en Común emerxería con 4 edís, só un menos que o PSdeG, e o BNG ficaría en 1. No caso de non acadar os 13 o PP podería explorar unha eventual alianza con Ciudadanos, que segundo esta enquisa lograrían 2 edís. Nas outras dúas grandes cidades da provincia coruñesa, sustento da cúpula popular de Feijóo, abriríase a posibilidade de gobernos alternativos encabezados pola Marea Atlántica e Compostela Aberta, segundo La Voz. No caso da Coruña o PP de Carlos Negreira obtería 12 edís, 2 menos da maioría absoluta, e pola esquerda a Marea Atlántica estrearíase con 7. Os socialistas terían 4 e o Bloque, 2. O desequilibrio podería chegar da man do partido de Albert Rivera, ao que o inquérito lle dá 2 edís. Na capital galega Agustín Hernández perdería dous edís e ficaría en 11, mentres que Compostela Aberta podería encabezar unha maioría alternativa con 8 concelleiros. O PSdeG tería 4 e o BNG, 2. A Coruña e Santiago figuran tamén noutras sondaxes desta fin de semana, as publicadas por Faro de Vigo e El Correo Gallego. O rotativo vigués tamén augura que o PP da Coruña non lograría a absoluta e ubícao entre os 12 e os 13 edís. Faro ubica o PSdeG como segunda forza, con 5 ou 6 edís, seguidos por 5 da Marea Atlántica e 1 ou 2 do BNG. Tamén aquí os desequilibrantes serían os representantes de Ciudadanos, que este inquérito cifra en 2 ou 3. Segundo El Correo o PP de Santiago estaría entre os 11 e os 12 edís e Agustín Hernández podería explorar o pacto con Ciudadanos, que tería 1. A banda esquerda da corporación tamén figura, segundo este inquérito, encabezada por Compostela Aberta, con 6 edís. Os socialistas terían 5 e o Bloque, 1. Maiorías de Caballero e do BNG pontevedrés As outras dúas maiorías absolutas urbanas de Galicia tras o 24-M serían, segundo estes inquéritos, as de Vigo e Pontevedra. Tanto Faro como La Voz coinciden en augurar que Abel Caballero seguirá sendo alcalde vigués e que ostentará tal condición, ademais, cunha maioría absoluta. Segundo a enquisa de Ipsos para Faro Caballero estaría ao bordo dos 14 edís que outorgan a absoluta, mentres que o PP perdería 4 edís e caería ata os 9. A corporación completaríana a Marea de Vigo, Ciudadanos e o BNG, as tres forzas con entre 1 e dous concelleiros. Segundo La Voz o PP tería un concelleiro menos, quedando en 8, a Marea e Ciudadanos obterían 2 e o Bloque, 1. Caballero afianzaría a súa posición en Vigo e Miguel Anxo Fernández Lores faría o propio en Pontevedra. Sondaxe augura que o candidato á reelección polo BNG podería gobernar en solitario ao obter os 13 edís necesarios para facelo. A oposición estaría encabezada polo PP, con 9 concelleiros, mentres que os socialistas caerían aos 2 e Ciudadanos estrearíase con 1. Mentres, Faro de Vigo réstalle un edil a Lores e ubica ao PP entre os 8 e os 9, coincide en darlle 2 ao PSdeG e entre 1 e 2 a Ciudadanos, indicando ademais que a Marea Pontevedra lograría un edil. Corporacións máis plurais nas cidades do interior Orozco volvería encabezar a corporación lucense e Jesús Vázquez tería que pactar con Democracia Ourensana para gobernar Nas dúas cidades do interior os inquéritos debuxan panoramas ben diferentes. En Lugo o PSdeG parte con posibilidades de ser a forza máis votada e lograr 10 edís, segundo La Voz, que lle dá ao PP o mesmo número de concelleiros, 2 menos que na actualidade. A baixada en porcentaxe de votos dos dous grandes partidos permitiría, augura Sondaxe, que o BNG mantivese as 2 actas da actualidade e a chegada ao Concello de duas novas forzas políticas: Lugonovo, con 2 edís, e Ciudadanos, que tería 1. En Ourense as dúas enquisas deste domingo, de La Voz e La Región, amosan panoramas moi fragmentados co PP en cabeza, pero sen maioría absoluta. O diario coruñés indica que Jesús Vázquez tería 12 edís e que podería completar a maioría con 3 de Democracia Ourensana. A segunda forza da corporación sería o PSdeG, con 8 actas, e BNG e Ourense en Común terían 2 cada un. Mentres, La Región pon aos populares nun abano de entre 10 e 12 edís e a DO, entre 3 e 4. Os socialistas, segundo este xornal, lograrían 9 ou 10, e o Bloque, 2 ou 3, e tanto Ourense en Común como Anova moveríanse entre cero e dous. A esquerda urbana galega, unha pedra no camiño de Feijóo cara a Madrid
NOS_54659
A construción, que pretetende unir as dúas ribeiras do Xares, na Veiga, consta dunha ponte e entre dous e tres metros de altura que chega até o adro dunha igrexa datada en 1010.
A igrexa de Santa María de Xares está, segundo recolle a web institucional de Turismo, "nunha paraxe natural de grande beleza á beira do río Xares", e dátase no ano 1010. Pero nin a paisaxe, nin un milleiro de anos en pé parecen razóns de peso para levar a cabo unha política de obras pública respectuosa co patrimonio cultural e natural. Así se desprende de varias imaxes de denuncia que circulan polas redes sociais e nas que se ve como a construción dunha ponte, necesaria para comunicar as dúas ribeiras do Xares (dun lado a vila e doutro a igrexa). O alcalde da Veiga, Juan Anta, comentaba no seu momento que esta era "unha obra moi reclamada pola veciñanza", xa que a xente, maior, se vía na obriga de dar un rodeo de medio quilómetro para chegar desde a vila até a igrexa, debido ao deterioro da pasarela antiga que cruzaba o Xares. A obra tamén contemplaba a recuperación "da antiga ponte" que comunicaba as dúas beiras e que se destruíu nunha riada. Máis á vista das imaxes, non só non se recupera construción anterior senón que a nova ponte se introduce no adro mesmo do templo. A obra asinouse hai tres anos e dotouse dun investimento total de 400.000 euros, de tal modo que la Deputación de Ourense achegou 140.000 euros a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) sufragou 200.000 euros, e o Concello da Veiga investiu 60.000 euros. Segundo se declaraba naquel momento revisaríanse "os elementos etnográficos asociados ao río, actuando para a súa conservación e mantemento.
PRAZA_8173
Feijóo anuncia que lles pedirá "flexibilidade" aos docentes para que o alumnado poida seguir expresándose na lingua que considere oportuna en cada materia e carga contar quen "queira seguir vivindo da polémica" da lingua
A Xunta asume as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ilegalizan parcialmente o decreto do plurilingüismo. Máis ou menos. Tras a reunión semanal do Goberno galego o presidente, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba que o seu gabinete viña de tomar unha decisión "coherente e consecuente" tras analizar "os fallos do TSXG e un informe da Asesoría Xurídica da Comunidade Autónoma". Non presentará un recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra eses ditames porque o alto tribunal "avalou a legalidade" do "95% do decreto" e os seus principios inspiradores, asegura, tales como "o equilibrio entre galego e castelań" ou "que por primeira vez se introduza o plurilingüismo" nas aulas. Por todo isto, di, "o 95% do decreto, avalado pola xustiza, pasará a ser o 100%". Quere isto dicir, polo tanto, que a Consellería de Educación renuncia a que a opinión das familias, manifestada mediante enquisas, condicione o reparto de materias entre galego e castelán? Desistirá, tamén, de que o alumnado se exprese na lingua que considere oportuno con independencia do idioma no que se imparta a materia? Non exactamente. Aínda que a Xustiza lle prohíbe á Xunta realizar estas dúas prácticas o líder conservador interpreta que "a sentenza non impide aos pais", senón que "impide que sexa obrigatoria no seu resultado". Así, afirma, "seguiremos facendo as consultas, pero non producen efectos legais de forma inmediata, porque a sentenza o impide", "pero será determinante para que nós adoptemos unha decisión ou outra". Traducido: no decreto non figurará que as consultas son vinculantes pero, na práctica, serano. No decreto non figurará que as consultas son vinculantes pero na práctica, serano "En relación a que un rapaz poida expresarse nunha lingua ou noutra", ignorando o idioma en que se imparte a materia, como establece agora o decreto, o precepto tamén desaparecerá do texto normativo. Pero a Xunta, mediante unha instrución, "pediralles flexibilidade" aos docentes para que "ningún rapaz suspenda por utilizar o galego se unha materia se dá en castelán" e para que "non suspenda por utilizar o castelán se se dá en galego". Malia todo isto, Feijóo pide adhesións ao seu texto, convertido agora para o Executivo nun "punto de encontro indiscutible", no que "está a inmensa maioría da sociedade" e "ao que todas as forzas políticas se poden sumar se queren sacar a lingua da discusión política". Ataque á Real Academia Neste contexto, coa Xunta renunciando a dar a batalla no Tribunal Supremo, Feijóo aproveita para lanzar un duro ataque dialéctico contra a Real Academia Galega, que si decidiu presentar un recurso de casación. Segundo o titular do Goberno, que segue admitindo que "non comparte no fondo" parte dos razoamentos do TSXG, "a polémica rematou". Por este motivo, "eu non digo que non poida haber xente que queira seguir vivindo da polémica, pero a sociedade galega non quere polémicas coa lingua". "Eu -sentenza- non vou vivir da polémica do galego". "Eu non digo que non poida haber xente que queira seguir vivindo da polémica" Así as cousas, Feijóo divide o debate lingüístico entre quen apoia o seu decreto, agora "blindado xuridicamente", e quen non o fai. "A Xunta mantense no camiño do decreto do plurilingüismo, que permitiu recuperar o equilibrio lingüístico e abandonar a senda da imposición". Con esta decisión, asegura, está a "manter a normalidade que consolidamos en 2009" e "non reabrimos a discusión lingüística que Galicia xa superou". Resta saber, así e todo, como fica redactado definitivamente o texto do decreto para dar cumprimento á sentenza e, ao tempo, á "flexibilidade" anunciada polo presidente para seguir facendo o qeu a Xustiza impide.
NOS_43188
O Goberno galego, que estaba personado na causa, unicamente imputou delitos contra os dous acusados gregos: o capitán do barco, Apostolos Mangouras, e o xefe de máquinas, Nikolaus Argyropoulos. Porén, non reclamou responsabilidades políticas.
AGE quere que sexa o Goberno galego quen presente perante o Tribunal Supremo un recurso contra a "infame" sentenza que esta cuarta feira 13 de novembro ditou a Audiencia Provincial da Coruña a respeito da catástrofe do Prestige. A formación que encabeza Xosé Manuel Beiras rexistrou no Parlamento galego unha proposición non de lei que asina o deputado Antón Sánchez en que sinala que "a condena social da cidadanía galega non quedou reflectiva no ámbito xurdisdicional". Desta maneira, a formación política destaca que os verdadeiros responsábeis políticos "están de presidente do Goberno e de director xeral da Garda Civil", en referencia a Mariano Rajoy, que era vicepresidente do Executivo español cando afundiu o pretroleiro; e a Arsenio Fernández de Mesa, daquela delegado español na Galiza. Antón Sánchez cualificou o xuízo de "pantomima" e o seu resultado de "fracaso", namentres Beiras dixo que a resolución "é máis unha mostra da impunidade do poder". A Xunta non reclamou responsabilidades políticas Cómpre recordar que, se ben a Xunta si se personou como acusación na causa, unicamente imputou delitos en relación ao xefe de máquinas do Prestige, Nikolaus Argyropoulos, e ao capitán do barco, Apostolos Mangouras. Nada contra o terceiro dos acusados, o ex director xeral da Mariña mercante José Luís López-Sors, a quen a Plataforma 'Nunca Máis' conseguiu imputar malia que ficou absolto, ao igual que Mangouras e Argyropoulos, dos delitos principais: contra o medio ambiente, danos en espazos naturais protexidos e danos provocados pola catástrofe acontecida na costa galega hai 11 anos.
NOS_30155
Exíxelle que evite a "consumación do delito".
A Fiscalía de Catalunya ordena ao maior dos Mossos dÉsquadra, Josep Lluis Trapero, así como á Garda Civil e a Policía en Catalunya que, para evitar que se "consume un delito" procedan a "requisar urnas" e todo o material destinado a preparar e realizar o referendo do 1-O. Após unha reunión este mediodía con Trapero e os responsábeis da Gardia Civil en Catalunya, Ángel Gozalo, e do Corpo Nacional de Policía española, Sebastián Trapote, a Fiscalía emitiu un comunicado no que ordena a todas as unidades da policía xudicial que actúen ante calquera acto executado por autoridades, funcionarios ou "particulares en connivencia con aqueles" dirixidos a preparar e realizar o "referendo de autodeterminación ilegal". José Manuel Maza, fiscal xeral, ditou a pasada quinta feira un oficio que ordena aos máximos responsábeis da Garda Civil, Policía e Mosos intervir de se realizar o referendo. A primeira actuación deste tipo realizouna a Garda Civil ao entrar nunha imprenta en Constantí (Tarragona) e na sede de 'El Vallenc', en Valls.
NOS_37662
Un total de 46 empresas abandonaron a Galiza no primeiro trimestre do ano para se asentar noutros territorios do Estado, unha dinámica que sitúa o país en saldo negativo —marchan máis sociedades das que veñen— e que se traduce na perda de por volta de 26 millóns de euros mensuais. Madrid é o destino de catro de cada dez empresas que abandonan a Galiza.
46 empresas marcharon da Galiza entre xaneiro e marzo, segundo o informe que publicou Informa D&B, unha consultora especializada, cifra superior ás que nese mesmo trimestre fixeron o camiño á inversa (40). Tres meses nos que o capital das sociedades que optaron por se ir para se asentar noutros territorios do Estado é case 80 millóns de euros superior ás que viñeron domiciliarse na Galiza. Desas 46 empresas, case 40% optaron por se asentar en Madrid. A capital do Estado leva tempo sendo unha 'succionadora': nestes tres meses recibiu 470 sociedades das 1.366 que cambiaron de domicilio en todo o Estado español. Madrid é a comunidade autónoma máis beneficiada polo investimento estatal Após Madrid, Catalunya é o outro foco de atracción, se ben en moita menor medida, para as empresas que marchan da Galiza: sete neses tres meses. Completa o podio Andalucía, onde se foron asentar cinco sociedades que antes estaban na Galiza. Dinámica que se mantén Ao longo de 2021 marcharon da Galiza para domiciliarse noutros territorios 113 empresas. Madrid foi tamén entón o principal destino das sociedades galegas que marchan e acolleu 51 das 113, a distancia da seguinte, Catalunya, onde se domiciliaron 13. Entre 2013 e 2019 marcharon da Galiza para outras comunidades do Estado español máis de 830 sociedades, que facturaban por volta de mil millóns de euros. En todos os exercicios, Madrid foi o destino preferente. Segundo se sinala nun estudo do Laboratorio de Análise de Políticas Públicas do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE) teñen a súa sede en Madrid 44,5% das 1.000 maiores empresas do Estado, 50,4% das 500 máis grandes e 60% das 100 primeiras. Ademais, e como dato de relevancia para a Galiza, máis de 4.300 sociedades e empresas que operan na Galiza tributan en Madrid, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística. A maior caída da produción industrial Onte publicouse o Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) correspondente a abril, rexistrando unha forte queda de 8% en comparación co mesmo mes de 2021. Desta maneira, a Galiza situouse como o territorio do Estado onde máis caeu a produción industrial no cuarto mes do ano, mentres que a media estatal rexistrou unha baixada de 0,4%, após cinco meses en positivo. Unha fenda de máis de oito puntos entre a Galiza e o Estado. No que vai de ano, a produción industrial galega diminuíu 6,5% de se comparar cos datos do primeiro cuadrimestre do exercicio anterior, mentres que no total o Estado subiu 2%. Os mencionados rexistros apuntan a unha difícil situación na Galiza do sector industrial, como levan advertindo desde hai tempo non só os axentes económicos e os sindicatos, tamén a oposición.
NOS_29741
En sesión ordinaria e por terceira vez consecutiva o claustro da Universidade de Santiago de Compostela rexeitou as contas presentadas pola equipa reitoral. A comunidade educativa exixe a demisión de Juan Casares Long e acúsao de ser "cómplice dos recortes da Xunta".
94 votos en contra e 67 a favor. Os orzamentos da USC, rexeitados por terceira vez. Após as sucesivas derrotas e a incapacidade da dirección para sacar adiante a súa proposta orzamentaria, PAS, PDI e estudantado exixen a demisión do reitor compostelán, habida conta de que por terceiro ano consecutivo a Universidade deberá financiarse a través dunha liñas económicas que non contan co apoio maioritario. Aliás, a comunidade educativa denuncia a "nefasta xestión" dunha equipa de goberno que, din, mantén unha actitude "submisa cos gobernos do Partido Popular". O claustro rexeitou por terceira vez consecutiva os orzamentos presentados pola equipa de goberno Exixen a demisión do reitor Así llo fixeron saber @s representantes das organizacións estudantís nacionalistas. Nas súas intervencións, Comités e Liga estudantil exixiron a demisión de Juan Casares Long. "Fágao como un acto de rebeldía", espetoulle Brais Pedreira, responsábel de campus dos Comités na USC e, ao tempo, demandoulle dicir "basta" e cesar no papel de "brazo executor" dos recortes da Xunta. As contas presentadas por Casares Long recollen o testemuño dos recortes orzamentarios aprobados polo Executivo galego para 2013, algo que desde a Liga entenden como "un grave ataque". As contas que a equipa reitoral procurou sacar adiante esta sexta feira supoñen, segundo a comunidade universitaria, "unha tremenda baixada nos salarios do profesorado, a non contratación de novas docentes, unha suba de taxas universitaria, menos fondos para a USC Deportiva...", polo que a maioría d@s representantes que compoñen o claustro decidiron oporse, máis unha vez, e evidenciar co seu voto desfavorábel a complexa situación que na actualidade vive a USC As organizacións estudantís exixen a demisión do reitor Após tres votacións contrarias, fica de manifesto que o reitor da universidade compostelá --que abrangue aliás o campus de Lugo-- goberna en minoría. Neste senso, desde a Liga denuncian que a equipa "non ten lexitimidade ao non representar as preocupacións da comunidade". As dúas organizacións estudantís continuarán a exixir a demisión de Casares Long e o inicio dunha nova etapa cun outro goberno á fronte.
NOS_36592
A marcha decorreu baixo o lema "Avante! A grande onda vasca é imparábel".
EH Bildu mobilizou este sábado en Bilbao miles de persoas nunha "onda vasca xigante" para mostrar a capacidade de Euskal Herria para facer fronte á actual crise e reverter a realidade actual no camiño de construír a independencia de Euskal Herria. "Liberdade e igualdade" foi outro dos lemas da marcha. O ano pasado EH Bildu fixo unha demostración de forza no mesmo mes e este sábado encheu de novos as rúas de Bilbao cunha mensaxe "de reivindicar que os vascos e vascas quermos ser donos e donas do noso futuro e das nosas propias vidas".. 🌊💡 Argiztatu dugu euskal olatua! Etsipenean nahi gaituztenen aurrean,gero eta gehiago gara!#GELDIEZINAK gara!#ABANTE Euskal Herria! ✊ pic.twitter.com/2LDfsenVds— EH Bildu (@ehbildu) November 12, 2022 Máis de 60 autobuses chegaron desde diferentes puntos de Euskal Herria a Bilbo para timar parte nesta manifestación. Segundo o dato facilitado por EH Bildu, entre os miles de persoas que participaron a manifestación, 1.359 son representantes municipais. Á manifestación sumáronse tamén representantes internacionais como os de ERC e a CUP por Cataluña, os do BNG pola Galiza, os de Més per Menorca e Més per Mallorca por Balearesentre outros. Á chegada da faixa principal da mobilización a un punto determinado, a mobilización viviu un momento especial. Seguindo as instrucións dadas desde os altofalantes, decenas de miles de persoas participantes na mobilización en Bilbo acenderon as luces dos seus teléfonos móbiles e representaron as ondas.
NOS_17919
O candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, avogou en Padrón polo pequeno comercio para fomentar o consumo e produción de alimentos locais, de calidade e sustánbeis nunha defensa do sector produtivo galego. En Porto do Son mantivo unha xuntanza aberta coa veciñanza
O candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta, Xoan Bascuas, fixo este domingo campaña en Padrón e Porto do Son. No primeiro dos actos, coincidindo co tradicional mercado desta vila coruñesa, defendeu a importancia do tecido comercial e produtivo galego como garante dun consumo responsábel á vez dun motor de riqueza e xeración de emprego. Bascuas, acompañado por un grupo de simpatizantes, percorreu os diferentes postos, trasladando aos comerciantes as propostas de CxG e escoitando as necesidades e demandas do sector. En Porto do Son, o acto de Compromiso centrouse nunha xuntanza aberta con veciños e veciñas no Concello Vello, onde o candidato da formación mantivo un diálogo cos presentes. Bascuas defendeu a necesidade dunha outra política, marcada pola proximidade á xente como vía que permita á cidadanía ter voz na toma de decisións. Compromisos coa cidadanía CxG centra a súa campaña en 30 compromisos fundamentais coa cidadanía, dos cales expuxo as liñas mestras perante a veciñanza de Porto do Son. A defensa dunha democracia participativa, a defensa do tecido produtivo galego e da identidade do país, e a aposta, desde o realismo e día a día, por erguer un novo xeito de facer política son algunhas das achegas.
NOS_19370
As autoproclamadas repúblicas pro rusas de Donetsk e Lugansk, ao leste de Ucraína, veñen de anunciar o estado de mobilización xeral, que impón a activación de todos os reservistas e a transformación da economía con vistas a un conflito armado.
As autoridades das autoproclamadas repúblicas de Donetsk e Lugansk, no leste de Ucraína, anunciaron á primeira hora deste sábado o estado de mobilización xeral, que impón a activación de todos os reservistas e a transformación da economía con vistas a un conflito armado. "Insto os meus compatriotas que están na reserva a que acudan ás oficinas de rexistro e alistamiento militar", declarou o líder da República Popular de Donetsk, Denis Pushilin, nunha declaración gravada. "Fago un chamamento", engadiu Pushilin a todos os homes da república que poidan portar armas para que defendan ás súas familias, aos seus fillos, ás súas esposas e ás súas nais. Xuntos lograremos a vitoria que todos queremos e necesitamos", segundo unha gravación recollida pola axencia oficial de noticias rusa Sputnik. Tamén asinou este decreto o líder da autoproclamada república popular de Lugansk, Leonid Pásechnik. Estas declaracións teñen lugar despois de que ambos os territorios declarasen esta sexta feira a evacuación dos seus cidadáns á rexión rusa de Rostov. Uns 35.000 residentes de Lugansk xa comezaron o desprazamento alí, segundo o xefe do Ministerio de Situacións de Emerxencia, Evgueni Katzavalov, mentres que o seu homólogo de Donetsk, Alexei Kostrubizki, estima que as autoridades da rexión xa evacuaron a Rusia a 6.603 persoas, incluídos 2.436 nenos. Primeira vítima en Ucraína Doutra banda, as Forzas Armadas de Ucraína informaron este sábado da morte dun dos seus efectivos durante unha nova serie de enfrontamentos na liña de contacto do leste do país contra efectivos das autoproclamadas repúblicas. O Exército ucraíno denunciou que o militar faleceu como consecuencia dun bombardeo efectuado con artillería pesada ao redor das 9 horas da mañá, hora local. O falecido, non identificado, sucumbiu a unha ferida de metralla, de acordo coa nota, publicada polo portal Ukrinform.
NOS_34530
As medidas de restrición anunciadas, porén, non entrarán en vigor de inmediato, senón ás 00:00 horas da segunda feira, 21 de setembro.
Desde horas antes de que se concretasen as restricións na cidade de Madrid, co 'confinamento' de varias zonas dos distritos de Carabanchel, Usera, Villaverde, Villa de Vallecas, Puente de Vallecas e Ciudad Lineal, as estradas madrileñas presentaban atascos. Xa nas primeiras horas da tarde da sexta feira, 18 de setembro, había varios quilómetros de atascos nas saídas da capital española, en moitas avenidas de acceso ás autovías, en gran parte das propias autovías e noutras vías importantes, segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recollidos por varios medios. Segundo o dixital catalán El Nacional, había retencións, por exemplo, na A-6 desde o quilómetro 9 ao 7, na capital, dirección á Coruña; na A-42 entre os quilómetros 26 e 28 sentido Toledo, á altura da localidade de Torrejón de la Calzada; na A-5 cara a Estremadura na saída de Madrid entre os quilómetros 3 e 5 sentido Badajoz; e na A-2 cara a Zaragoza desde o quilómetro 18 ao 25 sentido Madrid, á altura de Torrejón de Ardoz. Tamén, apuntou o madrileño El Confidencial Digital, a mobilidade era reducida na A-4 a Andalucía e na M-40 en distintos puntos. Non obstante, as medidas de restrición non entrarán en vigor de inmediato, nin sequera ao longo desta fin de semana, senón ás 00:00 horas da segunda feira, 21 de setembro. Repítese así en parte o que aconteceu cando o Goberno de España aprobou declarar o estado de alarma o sábado 14 de marzo, mais entrou en vigor na segunda feira 16.