ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_13556
Os talleres galegos ingresan 171 millóns de euros pola reparación dos danos detectados nas inspeccións de vehículos.
Unha de cada catro galegas suspende á hora de pasar a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) co seu coche. Con 28%, Galiza é o terceiro territorio do Estado español con máis porcentaxe de vehículos rexeitados, máis de 347.000 cada ano. Os traballos para reparar os danos detectados supoñen unha facturación de 171 millóns de euros para os talleres asentados no país, segundo os datos dun informe presentado onte pola consultora Solera. No conxunto do Estado español, a factura dos talleres por este concepto ascende a 2.100 millóns de euros anuais, unha cifra que segundo podería aumentar 25%, até 2.600 millóns de euros, se os máis de catro millóns de turismos e vehículos comerciais lixeiros que se saltan as revisións obrigatorias comezaran a pasalas. Precisamente, rematar con este absentismo é un dos obxectivos da patronal AECA-ITV, que vén de exixir ao novo Goberno de Pedro Sánchez medidas para rematar con estas conductas, entre as que destaca a prohibición de renovar o seguro se o vehículo non ten superada a inspección técnica regulamentaria nos prazos pertinentes. Parque envellecido As persoas autoras do estudo destacan que a taxa de rexeitamentos está estreitamente ligada co envellecemento do parque móbil. De feito, os que suman máis anos adoitan e presentar de media dous danos graves por vehículo. José Luis Gata, responsábel de Postventa de Solera, incide en que as condutoras deben ver a ITV como unha continuidade da garantía do fabricante, pero tamén é un importante sustento para os talleres, que ven ameazada a súa rendibilidade polo avellentamento do parque e pola diminución do número de vehículos pola irrupción de novas formas de mobilidade.
PRAZA_1531
O Marianne de Gotemburgo, no que viaxa Ana Miranda, está sendo escoltado a territorio israelí, onde os e as activistas serán interrogadas e deportadas. A acción foi "curta e sen vítimas", segundo as autoridades xudeas. Está convocadas concentracións de protesta en Compostela, A Coruña, Vigo, Ourense e Pontevedra
Unha vez máis Israel impediu a chegada a Gaza da Flotilla da Liberdade. O Marianne de Gotemburgo foi asaltado polo exército israelí en augas internacionais, nunha acción "limpa e sen vítimas", segundo as autoridades xudeas. A embaixada española confirmou a primeira hora da mañá que non hai feridos. O buque, no que viaxan activistas de distintos países, entre eles a galega Ana Miranda, ademais de xornalistas, está nestes momentos sendo escoltado cara ao porto de Ashdod, onde se prevé que chegue a última hora da tarde ou xa no comezo da noite. Unha vez alí, en principio, se lles ofrecerá ser deportados. Se os activistas e tripulantes rexeitasen ser deportados, serían trasladados a un centro de detención próximo ao aeroporto. O buque, no que viaxan 20 persoas, entre eles a galega Ana Miranda, está sendo escoltado cara ao porto de Ashdod, onde chegará nunha horas. Os tripulantes serán posteriormente interrogados e deportados Ademais de Miranda, viaxan no barco Moncef Marzouki, activista polos Dereitos Humanos e expresidente da Tunisia; Robert Lovelace, profesor universitario canadiano; así coma o político palestino Bassel Ghattas, integrante do Parlamento israelí. A situación de Bassel Ghattas é a que máis preocupa, dado que non pode ser deportado. Ademais, figuran xornalistas de Rusia, Marrocos, Noruega, Israel, Nova Celandia e Suecia e seis tripulantes, de nacionalidades sueca, norueguesa e canadiana. Rosana Pérez, deputada do BNG no Congreso, que se mantén en comunicación directa co Ministerio de Exteriores, expresoulle ao Goberno español a súa "preocupación" e a súa demanda de que todos os pasaxeiros e tripulantes "sexan inmediatamente deportados" e de que o trato que reciban sexa "acorde ao dun país civilizado". Ademais, o BNG defenderá este martes na Xunta de portavoces do Parlamento unha Declaración Institucional para que a cámara galega manifeste a súa "repulsa ante estes graves feitos" e afirme "o seu recoñecemento das reivindicacións do pobo palestino e o seu dereito á autoderminación" para gozar de "liberdade, paz e democracia nun Estado soberano e independente"; demandará igualmente do Executivo central que recoñeza o Estado palestino sobre as bases das fronteiras anteriores a 1967, "tal e como establece a resolución aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 29 de novembro de 2012", votada favorabelmente por España. A Armada israelí, que viña seguindo de preto o barco dende unha distancia de 140 millas coa costa palestina, abordouno ao redor da unha da madrugada, cando se atopaba a 100 millas. Os responsables da III Flotilla, que buscaba romper o bloqueo marítimo imposto por Israel aos habitantes de Gaza dende hai oito anos, acusan a Israel de "cometer un acto de pirataría en augas internacionais". "Non só condenamos os crimes israelís e a impunidade coa que actúa tanto en Gaza coma no resto do Mediterráneo, senón a complicidade daqueles gobernos que co seu colaboracionismo sustentan e financian a ocupación de Palestina". Se os activistas e tripulantes rexeitasen ser deportados, serían trasladados a un centro de detención próximo ao aeroporto Hai uns días, en previsión deste desenlace, os activistas que viaxan no Marianne de Gotemburgo gravaron cadanseu vídeo para denunciar a acción israelí e demandar a solidariedade da cidadanía "para denunciar que non hai liberdade de movementos en Gaza" onde tampouco "poden entrar barcos de fraternidade e solidariedade", como di Ana Miranda na súa mensaxe. Están convocadas concentracións en Compostela, Vigo, A Coruña, Ourense e Pontevedra En protesta contra esta acción do exército israelí e en solidariedade cos activistas detidos e cos e coas habitantes de Gaza este luns están convocadas concentracións en Compostela (20.30 na praza do Toural), Vigo (20, MARCO), A Coruña (20, Obelisco), Ourense (20.30, praza do Ferro) e Pontevedra (falta concretar hora e lugar). BDS-Galiza lembra que o pasado 23 de xuño se dirixiu ao presidente daXunta, Alberto Núñez Feijóo, e á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, para lles transladar o seu "temor" perante "o perigo que a actitude ameazadora de Israel pudese significar para a integridade moral e física das persoas que integran esta misión solidaria" e reclamarlles ás autoridades galegas "instasen os responsábeis do Ministerio de Asuntos Exteriores a adoptar as medidas necesarias para garantir a seguranza da cidadá galega e do resto das persoas que fan parte desta misión humanitaria". Unha petición que, destacan "nin Núñez Feijóo nin Rojo tiveron a ben responder". A entidade insiste en "reclamar protección para todas as persoas que viaxaban a bordo do Marianne" e insta as autoridades galegas "a actuar de urxencia perante o Ministerio de Asuntos Exteriores español para que sexan tomadas as medidas necesarias para garantir a integridade da nosa concidadá Ana Miranda". Carta de Netanyahu O primeiro ministro israelí Binyamin Netanyahu difundiu publicamente unha carta dirixida aos tripulantes do barco asaltado, unha misiva que os soldados tiñan orde de lles entregar tamén en man, publica Haaretz. No texto, Netanyahu escribe: "Benvidos a Israel, parece ser que vos perdestes. Quizais queriades navegar ata un lugar que non está lonxe de aquí, Siria, onde o Exército de (Bashar) al Asad está matando o seu pobo cada día e ten o apoio do réxime iraní asasino". O primeiro ministro israelí afirmou que "esta frota non é nada máis que a demostración da hipocrisía e as mentiras que só axudan a organización terrorista de Hamás e ignoran todos os horrores da nosa rexión". Netanyahu declara que "non hai peche en Gaza, e es benvido a transportar, a través de Israel, calquera subministro humanitario. O bloqueo do mar é de conformidade co dereito internacional, e recibiu o apoio do secretario xeral da ONU" Na súa carta Netanyahu declara que "non hai peche en Gaza, e es benvido a transportar, a través de Israel, calquera subministro humanitario. O bloqueo do mar é de conformidade co dereito internacional, e recibiu o apoio do secretario xeral da ONU". "Se os dereitos humanos foran realmente importantes para ti" -continúa- "non estarías navegando en solidariedade cun réxime de terror que executa, sen xuízo, os residentes de Gaza, e usa os nenos de Gaza como escudos humanos". "Se vostede viñese a Israel, quedaría impresionado pola única democracia no Medio Oriente, que respecta a igualdade para todos os seus cidadáns, e a liberdade de relixión por todas as confesións. Un Estado que opera en conformidade coa lei internacional co fin de proporcionarlles aos seus residentes unha seguridade vital e aos seus fillos o crecer en paz e serenidade".
NOS_44298
Fíxoo após os resultados das primarias nos que a militancia socialista elixiu Xaquín Fernández Leiceaga como candidato á presidencia da Xunta.
José Luís Méndez Romeu anunciou esta terza feira (31 de maio) en comparecencia de imprensa que deixará de ser portavoz parlamentar do PSdeG no Pazo do Hórreo. Así as cousas, manterá o seu escano. Fíxoo após os resultados das eleccións primarias desenvolvidas pola formación esta fin de semana para elixir a persoa que será candidata á presidencia da Xunta nos comicios deste outono e nas que foi elixido Xaquín Fernández Leiceaga. Méndez Romeu convertérase en voceiro do grupo parlamentar socialista após a renuncia de Abel Losada que puxera o seu cargo a disposición de José Ramón Gómez Besteiro cando este chegou, tamén en primarias, á secretaría xeral do PSdeG-PSOE. ((Haberá ampliación))
PRAZA_15613
As voces baixas, o último libro de Manuel Rivas pode ser, na miña opinión, unha das mellores obras deste autor que xa é, con todo merecemento, un dos máis grandes da nosa literatura. Trátase dun texto autobiográfico no que, en vintedúas breves estampas, repasa os primeiros anos da súa vida, desde os primeiros medos infantís ata os seus inicios no xornalismo, traballando como meritorio no mítico Ideal Gallego daqueles anos setenta, onde comezou no oficio a carón de figuras como Luís Pita e Xosé Gaciño.
As voces baixas, o último libro de Manuel Rivas pode ser, na miña opinión, unha das mellores obras deste autor que xa é, con todo merecemento, un dos máis grandes da nosa literatura. Trátase dun texto autobiográfico no que, en vintedúas breves estampas, repasa os primeiros anos da súa vida, desde os primeiros medos infantís ata os seus inicios no xornalismo, traballando como meritorio no mítico Ideal Gallego daqueles anos setenta, onde comezou no oficio a carón de figuras como Luís Pita e Xosé Gaciño. Hai autores que caen na trampa do anecdotario e convirten o relato autobiográfico nun amoreamento de persoaxes e sucesos que teñen escasa relevancia fóra do ámbito persoal ou local. Ata os mestres poden cometer este erro (García Márquez en Vivir para contarla, ou Ramiro Fonte en Os meus ollos). Outros caen na autocomplacencia: o autor convírtese en protagonista da historia e só reflicte aqueles perfís que máis lle conveñen. Non é doado facer boa literatura a partires da memoria persoal. Caballero Bonald (Tiempo de guerras perdidas) decía que, onde remata o cómputo privado da realidade, comeza a invención artística doutra realidade puramente literaria: "redactar unas memorias también equivale a montar una novela a partir de esa memoria". Eso é o que consigue o autor neste fermoso libro. Constrúe unha peza literaria cos recordos da súa infancia e adolescencia. Pero Manuel Rivas non fala tanto de sí mesmo como dos seus: dos avós, dos pais, dos tíos e da súa irmá María, unha sombra protectora, unha presenza permanente nesta obra, desde a foto da portada ata o último capítulo no que relata a súa morte prematura. Tamén fala dun tempo, os últimos anos do franquismo, co silencio instalado nas casas –había cousas das que non se podía falar-, co autoritarismo presente na igrexa e na escola -onde os rapaces tomabamos o leite en pó da axuda americana-, coa emigración como horizonte para a xente nova ("Un día, indo sós para a escola , Antonio informoume moi contento: "Mañá marcho para Inglaterra". E engadíu: E ti quedas aquí"), coas familias traballando duro para fuxir da miseria e na procura un futuro mellor para os fillos ("E ti, cando sexas grande, a ver se buscas un traballo no que non te molles"). O texto, e as fotos que o acompañan, dan testemuña da vida dunha familia humilde que traballa arreo para mellorar a súa vida O texto, e as fotos que o acompañan, dan testemuña da vida dunha familia humilde que traballa arreo para mellorar a súa vida. O autor recorda aos seus con afecto, con grandísimo respecto e tamén con admiración. O seu pai, albanel e saxofonista, foi quen de construir no Castro de Elviña, coas súas propias mans, "aquela nosa casa solitaria que resistía as tempestades". Súa nai, que falaba soa mentres traballaba, protexía aos fillos contra o mundo, "mantiña unha loita sen tregua contra a friaxe e as correntes de aire", e estaba obsesionada con que os fillos tivesen un traballo que os librase de andar á intemperie. Hai un momento do libro que resulta moi revelador. Despois de moitos días sen poder traballar, por causa da chuvia, o pai estoupa: "Quen me dera unha semana no cárcere". E a nai contéstalle: "E a min sete días no hospital!". Como se pode apreciar hai tamén no libro, como é habitual en Rivas, unha grande dose de humor, un humor terapéutico que axuda a tolerar os golpes da vida. E tamén humor negro de alta calidade. Conta o caso de Antonio o Chibirico, que exerceu de enterrador na parroquia de San Vicenzo. Ás veces achegábase á porta das tabernas e berraba: "Hai que ir morrendo! Non dades un peso a gañar!". Todo esto é contado en voz baixa. O autor non eleva o tono, non impón o seu discurso senón que relata con sinxeleza, afecto e ironía a vida cotiá deste grupo humano no que naceu, medrou e aprendeu a ser boa persoa ("Fueron mi vida. Gente a la que quise. Cada una de sus ausencia me ha llenado de sufrimiento", Rafael Chirbes en La buena letra). Pero a novela trascende o terreo estrictamente persoal e familiar. Os que vimos daquel tempo, e da mesma estirpe proletaria, recoñecémonos nestas figuras e neste relato. Tamén nós sufrimos os medos infantís, soubemos da friaxe dos invernos, tivemos mestres que utilizaban a regra como ferramenta de traballo e na nosa casa tampouco había libros. As forzas reaccionarias, que agora dominan no país, están a dictar normas e a impoñer decretos para tentar que o fillo dun albanel non poida chegar a ser o mellor escritor de Galicia Relatos coma este axudan a darlle sentido ás nosas vidas. As narrativas persoais que imos construindo ao longo da vida "danlle sentido ao pasado, explican o presente e anticipan o futuro" (Santiago Lamas, Galicia borrosa). Esta memoria persoal do autor é tamén, en parte, a nosa memoria colectiva. Manuel Rivas é un notable poeta, un articulista brillante e comprometido e un narrador poderoso que nos deixa neste libro unha testemuña conmovedora dos seus primeiros anos neste mundo. A súa irma María gañou, nunha ocasión, un concurso de relatos patrocinado por unha empresa de refrescos. Os xornais titularon: "La hija de un albañil gana el concurso nacional de redacción". As forzas reaccionarias, que agora dominan no país, están a dictar normas e a impoñer decretos para tentar que o fillo dun albanel non poida chegar a ser o mellor escritor de Galicia e membro relevante da Real Academia Galega. Nunca máis.
PRAZA_16307
A Deputación de Lugo asina coa familia de Álvaro Gil o contrato que completa o acordo acadado en 2015 para que a valiosa colección sexa propiedade pública
O tesouro artístico de Álvaro Gil queda en Lugo como propiedade pública e con aval contractual. No ano 2013 unha sentenza do Tribunal Supremo puxo o ramo ao desencontros que os herdeiros do enxeñeiro, naturalista e empresario mantiveran co goberno da Deputación de Lugo dende finais dos 90, cando a institución estaba presidida polo popular Francisco Cacharro Pardo. Aquel ditame provocou a saída inmediata das valiosas pezas que, tras ano e medio de negociacións, comezaron o retorno definitivo a comezos de 2015 a través dun acordo cuxa última parte vén de quedar materializada neste 2018. Con el, valiosas pezas de ourivaría prerromana como o Torques de Burela son, de vez, públicas. O presidente da Deputación lucense, Darío Campos, e mais Carlos López Gil, en representación da familia do filántropo que fora perseguido polos franquistas por mor das súas ligazóns galeguistas e republicanas, asinaron este 12 de febreiro a compra por parte da entidade pública do último lote das pezas segundo o calendario pactado hai tres anos. O goberno provincial achega algo máis de 350.000 para completar o montante total resultante da taxación -2,3 millóns- cun lote no que se atopa o emblemático Torques, pero tamén pezas como láminas e unha barriña de ouro e, adicionalmente, unha onza de Fernando VI. A valiosa peza ligada a Burela, actualmente xa exposta no Museo Provincial lucense, únese a outras tan representativas como o carneiro alado de Ribadeo, o torques de Riotorto, a arracada de Burela ou o torques áureo da Recadieira. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2015 e o feito de que poida quedar no museo público é para o presidente da Deputación lucense, Darío Campos, todo "un fito histórico". "A veciñanza da provincia está de noraboa, porque a colección da familia de Álvaro Gil pasa a ser propiedade de todos" e pode ser contemplada "sen restricións por toda a cidadanía", o que tamén supón "poñer en valor a riqueza patrimonial galega". A Deputación de Lugo asina coa familia de Álvaro Gil o contrato que completa o acordo acadado en 2015 para que a valiosa colección sexa propiedade pública A edición dun catálogo sobre a colección recuperada para a propiedade pública servirá de conmemoración da adquisición dunha colección que, resalta Campos, é tamén unha homenaxe ao propio Álvaro Gil. "Foi un gran mecenas deste museo e apostou dende sempre por salvagardar e promover a historia e a cultura", subliñou Campos, que participou no acto xunto á responsable de Cultura da institución, Pilar García Porto. A boa relación coa familia, salienta, permite que alén do contrato de adqusición das pezas de ourivaría, exista un acordo de cesión temporal de parte da "súa destacada colección de arte". Este pacto permitirá expoñer en Lugo "obras de pintores da historia da arte tan importantes como Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribera ou Rosales" cun total de 45 cadros e seis esculturas.
NOS_15346
Fátima Báñez, ministra de Emprego e Seguridade Social, asegurou na Comisioón de Emprego do Congreso que as persoas que non accederán á renda activa de desemprego sumarán este ano "como moito" 68.000 persoas.
A ministra de Emprego e Seguridade Social compareceu hoxe diante da Comisión de Emprego do Congreso para xustificar os recortes do seu departamento. Aproveitou tamén para dicir que algúns medios de comunicación "lonxe de aportar información" crean confusión sobre este tema. O seu discurso non convenceu aos membros da oposición e todos os grupos parlamentarios, a excepción do PP, criticaron as medidas que adoptou estes días. A redución da prestación a partir do sétimo mes afectará ao 55% d@s parad@s, unha cifra non moi importante segundo a ministra. Na súa comparecencia tratou de lanzar unha mensaxe de tranquilidade e asegurou que os "máis de cinco millóns de cidadáns son a nosa principal preocupación". Fátima Báñez: "Non serán máis de 68.000 persoas as que non accederán á renda activa de inserción" As persoas que non accederán á renda activa de inserción, asegurou Fátima Báñez, non superarán as 68.000 persoas. A cantidade a percibir é unha axuda de 426 euros que reciben maiores de 45 anos sen dereito a prestación por desemprego e con ingresos inferiores a 481 euros. Na oposición chovéronlle as críticas. Concha Gutierrez (PSOE), Emilio Olabarría (PNV), Uxue Barcos (Geroa Bai) e Sabino Cuadra (Amaiur) non compartiron a idea da ministra sobre estas medidas. As súas dúbidas cuestionaban a constitucionalidade da decisión e o resultado final da mesma.
NOS_21714
A CNMV sancionou á entidade por catro "infraccións moi graves" na comercialización destes produtos entre 2008 e 2011. Na Galiza hai 116.000 persoas afectadas.
A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) impuxo unha sanción de máis de dous millóns de euros a Novacaixagalicia (NCG) Banco –hoxe Abanca- por catro "infraccións moi graves" na venda de participación preferentes e subordinadas. O organismo declara responsable á entidade resultante da fusión das caixas galegas por "deficiencias metodolóxicas" na comercialización de produtos híbridos entre os anos 2008 e 2011, segundo recolle a sanción publicada polo BOE. Na Galiza hai 116.000 persoas afectadas polas preferentes e subordinadas, das cales 15.000 non recuperaron aínda os seus aforros. A CNMV considera que Novacaixagalicia non informou debidamente aos clientes e clientas dos riscos destes produtos e tampouco facilitou a documentación precisa. Na Galiza hai 116.000 persoas afectadas polas preferentes e subordinadas, das cales case 15.000 non recuperaron os seus aforros, segundo un informe do FROB. Vítimas dunha estafa cifrada en máis de 1.800 millóns de euros. A sanción coincide coa visita recente das plataformas de afectados á Unión Europea.
NOS_15916
A organización xuvenil do BNG desenvolveu este domingo en Compostela a súa XII Asemblea Nacional. Na mesma resultaron aprobados o informe de xestión, as teses e resultou electa unha nova Dirección Nacional.
Preto de trescentas mozas e mozos fixeron parte da XII Asemblea Nacional de Galiza Nova, que realizou este domingo a súa sesión plenaria nun ateigado salón da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Compostela. A sesión da mañá estivo centrada no debate do Informe de Xestión no que se daba conta do traballo realizado pola organización xuvenil nacionalista nos últimos tres anos. O informe resultaría aprobado con máis do 70% dos votos. Pola tarde tería lugar o debate das emendas, provintes do debate nas asembleas comarcais, ás teses políticas e organizativa proposta. Das 71 emendas que superaron o proceso comarcal e chegaron ao plenario, a meirande parte destas xa foran aceptadas previamente pola Dirección Nacional saínte ou se lle formularan transaccións, que na súa amplísima maioría contarían co voto favorábel da militancia. As teses resultaron aprobadas tamén por ampla maioría. Por derradeiro, a Asemblea Nacional procedeu a escoller a nova Dirección Nacional, composta por 25 integrantes e á que se sumarán as e os responsábeis das Asembleas Comarcais, que abordarán o proceso de renovación orgánica ao longo dos vindeiros trinta días. A candidatura presentada, que encabezaba o vigués Alberte Mera García contou co apoio de case o 80%. Desta maneira convértese no novo secretario xeral de Galiza Nova en substitución de Iria Aboi --quen por razóns de idade deu por concluída a súa militancia xuvenil que encetara con apenas 13 anos. A listaxe elixida era paritaria en xénero e conta cunha importante representatividade territorial, con presenza de persoas de todas as comarcas nas que está organizada GN. Pola súa banda farán parte da nova Comisión Permanente (organismo executivo): Daniel Candal, Alba Feixóo, Inma García, Iago Gómez, Antía Insúa, Gael González, Olalla Rodil, Roi García, Lucía Vecino e máis o propio Alberte Mera. O acto de clausura principiou cun recoñecemento ao "traballo e entrega" de Iria Aboi que recibiu unha ovación do plenario, e á que se lle fixo entrega de dous agasallos, unha composición de fotografías e máis unha figura de Castelao. Visibelmente emocionada, Aboi advertiu con agarimo que "seguirá a ser de Galiza Nova sempre" e chamou á militancia a "seguir a traballar coa constancia, persevarancia e ilusión destes anos". Loitar por un novo modelo económico e social O novo secertario xeral centrou a súa intervención en cargar contra as políticas do PP por "facer que vivir e traballar en Galiza resulte un privilexio en lugar dun dereito". "As políticas de PP e PSOE aniquilaron os noso sectores produtivos" acrecentou Alberte Mera quen tamén tivo palabras duras contra as sucesivas reformas laborais por precarizaren até o extremo "as condicións de vida e de traballo da mocidade". Neste senso o máximo dirixente de GN concluía que "a Xunta de Feijoo representa a imposición dunha ideoloxía reaccionaria, con políticas antisociais, antidemocráticas e antigalegas". "Na asemblea nacional puxemos en valor os acertos máis diagnosticando tamén os erros" afirmou Mera quen salientaba que desde hoxe seguirán "a traballar intensamente, sen demora, pois estamos ante o peor Presidente da historia de Galiza que entende a maioría absoluta como un cheque en branco". Neste aparatado o recén electo secretario xeral puxo en valor o éxito de xornada de folga xeral do pasado 14 de novembro e anunciou que "seguiremos a traballar man a man co sindicalismo nacionalista e de clase, coa CIG" "Saímos preparados para loitar por un cambio de modelo económico e social para que a mocidade teña futuro" aseverou, explicando que para tal fin é preciso, na súa opinión, "rachar co neoliberalismo e avanzar cara unha nova organización económica e social xusta, equitativa e libre de explotación" que poña fin entre outros ao "drama" da emigración xuvenil. Houbo tamén referencias á necesidade de que Galiza se dote de plena capacidade de decisión. A este respecto aseverou que "só alcanzaremos a nosa liberación nacional mediante a constitución da República da Galiza". Por último, Alberte Mera fixo unha mención expresa en recoñecemento á súa predecesora no cargo, Iria Aboi, da que dixo "traballou sen descanso para que GN fose referencial no eido xuvenil". Guillerme Vázquez pon en valor o contributo de Galiza Nova A derradeira intervención foi a do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez. O voceiro puxo en valor o traballo "xeneroso e entregado" de Galiza Nova, para quen tivo verbas de agradecemento. Vázquez chamou á militancia xuvenil do Bloque a achegar "propostas e ideas propias" e recoñeceu que a súa participación na clausura era "especial" por ser a última vez que o fará en calidade de voceiro nacional. Solidariedade co pobo palestiniano Unha das resolucióins aprobadas foi "contra a ocupación sionista de territorios palestinos" e condenouse a recente ofensiva militar exixindo "a fin do xenocio contra o pobo palestino". Reclamaron tamén que se poña fin ás relacións diplomáticas. Amais a asemblea nacional expresou a súa frontal oposición ao "decreto Wert" e aos "recortes e privatización do ensino público" así como a solidariedade coas e cos traballadores do naval de Ferrol-Terra. Manifestáronse ademais contrarios á lei de penalización e a repenalización do aborto e parabenizaron a aparición de novos medios de comunicación dixitais en galego e o "regreso do galego aos quiosques a mans do semanario Sermos Galiza". No acto co que se puxo remate á asemblea estiveron presentes delegacións da CIG, FRUGA, Federación Galiza Cultura, A Mesa, Mocidades da Mesa, ADEGA, Comités, Liga Estudantil Galega, Asociación Monte Pindo e Bloque Nacionalista Galego. Aliás, enviaron saúdoss a AS-PG e máis a AELG.
PRAZA_3527
O candidato socialista presentou nas cidades de Vigo, Pontevedra, Ferrol e A Coruña as listas do PSdeG por esas dúas provincias
O candidato socialista presentou nas cidades de Vigo, Pontevedra, Ferrol e A Coruña as listas do PSdeG por esas dúas provinciasO candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, prometeu este sábado a gratuidade total das escolas infantís de 0 a 3 anos despois de que o Goberno de Feijóo veña de aprobar a gratuidade a partir do segundo fillo, pero non para as familias que só teñan un. O socialista tamén avanzou que se chega á Xunta recuperará un sistema de préstamo de libros de texto similar ao que Feijóo derrogou, substituíndoo por outro de axudas ás familias para despois recuperalo parcialmente.Caballero tamén avanzou que se goberna "as primeiras matrículas nos graos das universidades públicas galegas non terán custe para os estudantes" e que desenvolverá "un programa de bolsas con fondos propios da Xunta para facer mestrados". "Son propostas factibles e viables economicamente", destacou o candidato socialista, quen salientou que a educación supón a vía para "igualar as posibilidades" de toda a cidadanía, independentemente de onde resida.Caballero lanzou estas propostas en materia de educación nunha xornada a deste sábado na que presentou as candidaturas polas provincias de Pontevedra e A Coruña en sucesivos actos celebrados nas cidades de Vigo, Pontevedra, Ferrol e A Coruña.
NOS_1297
A cifra de baixas de prestacións rexistradas na Seguridade Social superan de largo a cifra de oficial de mortos pola pandemia, que se sitúa nos 650
A pandemia da Covid-19 está a mudar a estrutura demográfica e económica da Galiza. O coronavirus deixa xa 650 vítimas no país e ameaza con facer máis acusado o declive poboacional. No eido económico tamén está a ter consecuencias, por exemplo na caída do número de pensionistas. Entre febreiro e xullo, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, Galiza perdeu 3.065 pensionistas ao pasar das 767.141 de febreiro ás 764.076 persoas que cobraban pensión en xullo. Por réximes, o de persoas traballadoras por conta allea, as autónomas, é o que experimenta unha maior caída, con 1.877 pensionistas menos entre marzo e xullo, unha cifra que cada vez vai a menos. De feito, en agosto desapareceron outras 223, o que eleva o total a 2.100. Tamén descendeu o número de pensionistas no réxime de traballadores do mar en 338, até os 54.009 beneficiarios que había en agosto, no da minaría do carbón, que queda con 1.503 pensionistas após perder 21 desde marzo, e os do réxime SOVI, unha figura residual que engloba as persoas traballadoras que, reunindo os requisitos exixidos pola lexislación do extinguido réxime, non teñan dereito a pensión do actual Sistema da Seguridade Social, con excepción das pensións de viuvez das que poidan ser beneficiarias. Estes pasaron de 10.929 pensionistas en marzo a 10.602 en agosto. Accidentes de traballo e enfermidades profesionais Con todo, en agosto ingresaron no réxime xeral 665 novos pensionistas, co que compensa parte destes descensos e deixa a caída total nos 2.715 pensionistas desde o mes de febreiro. Tamén contribúen a reducir estas cifras o aumento no número de pensionistas por accidente de traballo, que suman 37 novas persoas beneficiarias até agosto, o que deixa o total neste réxime nas 18.122 persoas, e o de enfermidades profesionais, que gaña outras dez, até acadar as 3.187 pensionistas. A evolución das altas e baixas foi desigual por mor das restricións estabelecidas no decreto do estado de alarma, un período no que a tramitación deste tipo de prestacións levou máis tempo do habitual, tendencia que se reverteu nos últimos meses. Cambio de tendencia Segundo os datos do IGE, o mes de abril, afectado na súa totalidade polo confinamento, foi o que máis diferenza constatou entre o número de altas e baixas de pensións contributivas na Galiza. Foron 2.082 baixas máis que altas (3.769 fronte a 1.687). Nos meses de febreiro (1.235 máis), marzo (462 máis) e maio (254 máis), as baixas nas prestacións superaron ao número de altas. Esta tendencia, como se aprecia nos datos, suavizouse co fin do estado de alarma, e xa nos últimos meses rexistrou un cambio substancial. Así, nos meses de xuño e xullo tramitáronse 3.238 e 3.406 novas altas de pensionistas, respectivamente, por 2.444 e 3.044 baixas, o que deixa un saldo de 1.201 pensionistas. Máis incapacidades Un dato chamativo é o correspondente ás pensións por incapacidade permanente, que superaron todos os meses ao número de baixas neste tipo de prestacións. Entre marzo e xullo tramitáronse 2.224 altas deste tipo fonte ás 668 baixas rexistradas. Xusto o contrario do que acontece coas pensións de xubilación. Neste apartado, coa única excepción de xullo, onde se produciron 15 baixas máis que altas, no resto dos meses a tendencia foi a contraria. Volve chamar a atención a información do mes de abril, cunha diferenza de 1.532 baixas (2.881) fronte a altas (823). Este dato contribuíu a que a diferenza entre altas e baixas no período comprendido entre marzo e xullo ascendese a 2.692 (6.404 altas fronte a 9.096 baixas). A situación nas de viuvez coincide coas de xubilación no feito de que as baixas no período (4.341) superan ás altas (3.958), se ben o dato de abril (1.132 baixas fonte 531 altas) foi determinante, xa que os meses de maio, xuño e xullo o saldo sempre foi a favor das altas, un comportamento que replican as de orfandade, con 512 altas entre marzo e xullo fronte a 573 baixas. As mortes por coronavirus están detrás de parte do incremento das baixas de pensións, máis á vista dos datos non son o único factor, xa que só servirían para xustificar unha cuarta parte do descenso. Ademais, hai que ter en conta que o falecemento dun pensionista tamén pode xerar á súa vez novos pensionistas por viuvez e, nalgún caso, por orfandade. Con todo, haberá que prestar atención nos vindeiros meses á evolución da pandemia, xa que determinará tamén a do número de pensionistas. Á cola en remuneración Galiza ten menos pensionistas. Os que conserva cobran un anaquiño máis, xa que as prestacións subiron 2,28% respecto aos valores do ano anterior. A pensión media estaba a 1 de agosto nos 861,26 euros. Esta cantidade sitúa a Galiza á cola do Estado español. Só Estremadura presenta unha pensión media máis baixa (843,52 euros) e a diferencia coa media estatal, que se sitúa nos 1.012,94 euros, é de 151,68 euros. Segundo os datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, as 764.426 pensionistas con que contaba Galiza a 1 de agosto representaban 7,82% do total estatal e 0,18% menos que no mesmo mes do ano anterior. Por tipoloxía, as pensións por incapacidade permanente levan de media 891,86 euros; 980,03 euros de media as de xubilacións, mentres que ás de viuvez correspóndenlles 613,17 euros de media.
NOS_50159
Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva e Pilar Abades falan dos dez anos de Illa Bufarda, a produtora creativa que está detrás de longametraxes como Negro púrpura, que relata a historia do dentón na Galiza do século XX. As tres creadoras falan da evolución e mudanzas no proxecto, así como do seu futuro, xa que, como di Iglesias, "dez anos é moito tempo".
—Cal é a lectura tras dez anos de Illa Bufarda? Pilar Abades: Eu son a que leva menos tempo, xa que entrei no proxecto en 2019. Para min este aniversario foi un motivo de celebración porque xa asistira a outros como fan e admiradora do proxecto, tendo unha perspectiva externa. Entón, por unha banda chegar até aquí é grazas ao traballo constante, creativo e con talento e, por outra, para min tamén é celebrar que eu estea con elas e oxalá poder cumprir máis anos. Adriana P. Villanueva: O camiño foi moi enriquecedor a todos os niveis. Aínda que medramos profesionalmente, a Illa tamén nos permitiu medrar como persoas. Tamén houbo momentos complicados, sobre todo ao comezo, porque hai moita incerteza. Falar de proxectos a anos vista, ou inclusive a un mes vista, era imposíbel. Nestes momentos, se miramos cun pouco de perspectiva cara a atrás, vemos que hai cousas que melloraron moito e que nos dan esa seguridade. Ademais, na festa que fixemos na Gentalha do Pichel para celebrar estes dez anos levamos o lema que temos para este ano no proxecto: auga miúda, vendaval que dura. Foi un xeito de festexar esta década como un método de traballo, unha filosofía e tamén un desexo de futuro. —Tamén mudou o panorama audiovisual? Sabela Iglesias: Máis que o panorama diría que mudamos nós. Sempre dicimos que somos unha empresa que naceu en plena crise. Na carreira de audiovisuais dicían que iamos ter moito traballo e logo realmente non houbo tal. Nós decidimos emprender, aínda que é unha palabra que non nos encanta, porque a xente que estudou con nós traballaba doutras cousas ou emigraba, e nós queriamos traballar do noso e aquí. Foi unha aposta moi consciente a partir da cal comezamos a aprender como coller proxectos nos que traballar, a facer cousas que ao público lle gustaran e que seguiran contando connosco. Penso que o panorama a día de hoxe non mellorou nin a nivel social nin tampouco audiovisual. Ao longo dos anos tamén fixemos unha carteira de clientes, así que non é como comezar de cero. Con todo, a incerteza da que falaba Adri vainos acompañar toda a vida e o exemplo máis claro témolo coa pandemia: nunca sabes que vai pasar. A.P.V.: Ao madurar e ir facendo anos tamén tes outras esixencias. Colócaste nun punto diferente e iso tamén che dá unha nova perspectiva. Na Illa intentamos facernos preguntas sobre os proxectos: que implica, que queremos, que necesitamos; e a partir de aí actuamos. —O seu filme 'Negro púrpura' fai un ano. S.I.: Foi un proxecto que tiñamos moitas ganas de sacar adiante, un proceso moi bonito para nós porque quedamos moi contentas co resultado e tivo moitas proxeccións tanto aquí como fóra e aínda segue vivo. P.A.: Agora o está distribuíndo Begin Again Films e aínda temos varias proxeccións á vista que ademais vanse actualizando e poden consultarse na páxina web. —Cales son os plans para o futuro? S.I.: Nos próximos dous anos pensamos en comezar algún proxecto propio e a nosa axenda dos próximos meses xa está cargada de traballo con outros clientes. Hai moitas cousas que queremos facer, mais hai que sacar ocos para producir e buscar financiamento. Tamén, agora que nos demos a coñecer e a xente sabe cales é a nosa filosofía facilita que cheguen proxectos sensíbeis coa lingua e con cuestións sociais e de xénero. Penso que o plan é reafirmarse nesta liña e agardar que en dez ou vinte anos sigamos estando nesta óptica. A.P.V.: Ademais de que os proxectos que chegan encaixan moi ben con nós, tamén imos aprendendo, non só a nivel técnico e creativo, senón tamén cos propios temas dos proxectos. Gústanos ser multidisciplinares e agradecemos non estar sempre nos mesmos procesos.
PRAZA_9424
CIG e CGT denuncian que a empresa despediu a 11 empregadas no que levamos de ano, "a maioría en baixa médica". Acusan á compañía de incumprir os acordos acadados o pasado ano e reclaman a intervención de Inspección de Traballo
Nos últimos 8 meses o persoal de Atento na Coruña vén realizando mobilizacións (paros todos os luns, varias folgas de 24 horas, manifestacións...) para protestar polas condicións laborais desta empresa de telemarketing que emprega a 600 persoas na cidade, a maioría mulleres e de idades novas, con condicións moi precarias. Hai uns meses un acordo coa compañía puxo fin, en principio, ás mobilizacións. Porén, CIG e CGT denuncian que Atento incumpriu este acordo dende o primeiro momento, o que leva a reiniciar as protestas.Os motivos da mobilización son os despedimentos de once traballadoras e traballadores no último mes e medio, a maioría en situación de baixa médica, denuncia a CGTEste luns, as traballadoras e traballadores están chamadas a unha folga de dúas horas por quenda (de 0 a 2, de 12 a 14 e de 18 a 20 horas). Ademais, ás 12 horas levarase a cabo unha concentración ante a sede da empresa. E ás 18 horas partirá dese mesmo lugar unha manifestación que percorrerá a rúa Juan Flórez para rematar de novo ante as instalacións da compañía.Os motivos da mobilización son os despedimentos de once traballadoras e traballadores no último mes e medio, a maioría en situación de baixa médica, denuncia a CGT. Ademais, o sindicato critica a imposición das vacacións ao persoal, a falta de formación profesional, substituída pola "autoformación", o "insoportable" ritmo de traballo e o aumento das presións sobre as pausas e os tempos de chamadas "coas súas negativas consecuencias para a nosa saúde". A CIG di que non quedarán "sentadas mentres Atento vai executando despedimentos individuais ata desmantelar o centro de traballo""Atento incumpre con desvergoña e chulería o acordo alcanzado cos representantes das traballadoras o pasado ano nunha mediación ante a autoridade laboral", di CGT, que reclama a intervención da Inspección de Traballo."Estamos como hai oito meses", di a CIG, que subliña que non quedarán "sentadas mentres Atento vai executando despedimentos individuais ata desmantelar o centro de traballo". "Sabemos que nada salvo a mobilización masiva poderá impedir que a empresa siga atrevéndose a fulminarnos", conclúe o sindicato.
PRAZA_1727
Son tempos de tecer complicidades e de construír pontes. E de escoitar a esas ducias de milleiros de galegos e galegas que non entenden as artificiais diferenzas
A iniciativa dunha cumprida representación do noso mundo profesional e cultural para a celebración cidadá do Día da Nación galega o vindeiro 25 de xullo ten un valor evidente, porque convoca unha celebración que transcende partidos e vertebra á nosa sociedade. Tendendo a unha reivindicación baseada na nación como acto de cidadanía, como acto de civismo e vontade. Son tempos de tecer complicidades e de construír pontes. E de escoitar a esas ducias de milleiros de galegos e galegas que non entenden as artificiais diferenzas Esta iniciativa opera nun plano que só atinxe ao mundo- máis ou menos amplo, máis ou menos limitado- do nacionalismo,do galeguismo e mesmo dos que ven Galicia en clave de país e como tal, suxeito político por si proprio. Neste contexto, non deixa de ser verdade que o outro debate que está riba da mesa, o de xuntar cidadanía nunha grande marea galega, que sobarde estes límites e atinxa, apelándoos, a outros sectores da sociedade galega, partilla noutra liga. Compre, pois, non confundirmos os conceptos nin confundirmos os debates, mais sen sermos tan inxenuos como para ignorar que un e outro están certamente relacionados. Na Galicia e na Europa do 2015 cada vez son menos comprensíbeis as liortas partidarias en clave propia da "Vida de Brian". Importan, xa, ben pouco os purismos, os resistencialismos e os adanismos. Son tempos de tecer complicidades e de construír pontes. E de escoitar a esas ducias de milleiros de galegos e galegas que non entenden as artificiais diferenzas entre os fas e os nefas, entre a fronte xudía de liberación e a fronte de liberación dos xudeus. De escoitar ao común. Precisamente dende o plano cidadán (dende o plano veciñal) non hai risco de que o mato non nos deixe ver as figueiras. Non hai risco de que os ideoloxismos non nos deixen albiscar as solucións Porque, precisamente dende o plano cidadán (dende o plano veciñal) non hai risco de que o mato non nos deixe ver as figueiras. Non hai risco de que os ideoloxismos non nos deixen albiscar as solucións. A arrincadeira: Europa, Europa Outravolta a Europa da incompetencia pariu unha (non) solución á crise grega. Mais as disensións na Syriza e na CDU alemá ilustran que os grandes problemas da osa convivencia só se resolverán con máis Europa. Cunha gobernanza común que mutualice todas as débedas públicas, unifique a defensa militar, a coordinación fiscal, a unión monetaria e máis a diplomacia. Doutro xeito hanos comer polos pés. A falla de visión dos austericidas e de determinados "campións nacionais" afasta a única solución posíbel. A solución global europea.
NOS_1453
Eva Solla asegura que "aínda hai esperanza" para pechar unha candidatura conxunta do espazo político.
Anova e as mareas municipalistas lideradas por Compostela Aberta e Marea Atlántica están centradas en valorar se aínda hai posibilidade de chegar a un acordo dentro do seu espazo político, é dicir, con Podemos e Esquerda Unida, que semellan ter clara a súa concorrencia conxunta baixo o paraugas Galicia en Común ás eleccións do vindeiro 5 de abril. Se este pacto non chega antes da medianoite desta sexta feira, as formacións soberanistas e municipalistas non descartan presentarse igualmente aos comicios galegos. Mais esa fórmula non está aínda deseñada e, segundo puido saber Nós Diario, nesa candidatura poden integrarse persoas de En Marea a título individual. Solla di que os "nomes" non son a "dificultade" Pola súa parte, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, negou onte que "os nomes" sexan o principal escollo á hora de alcanzar un acordo con Anova para concorrer conxuntamente ás eleccións. Solla expresou que confía en que se peche unha candidatura unitaria antes do vencemento do prazo para o rexistro de coalicións, que se pecha na madrugada da sexta feira. "Non temos moita marxe e iso fai que sexa necesario un exercicio de máis xenerosidade por parte das organizacións", apuntou a cabeza de lista de EU para as eleccións galegas, aínda que o seu posto final, do mesmo xeito que a candidatura, está aínda por definir. Segundo Solla, o debate ao redor da candidatura non radica "nos nomes" porque, di, "ninguén" o expuxo deste xeito. "Os nomes non van xerar ningunha dificultade", apostilou, para a continuación manifestar que o obxectivo é "asentar" o "traballo" que desempeña Galiza en Común no Congreso "co que acheguen o resto de organizacións". Após apelar que "non sobra ninguén" no "proxecto", Solla apuntou que "aínda hai esperanza" de alcanzar un acordo de coalición que evite a división do espazo político nas urnas.
NOS_24609
Só no traballo asalariado no sector primario rexístrase mellor salario medio en Galiza que no Estado. Nas outras nove ramas de actividades, o soldo galego está por baixo.
A fenda económica entre Galiza e España ensanchouse coa crise, un alargamento que deixou pegada en cuestións como o salario medio anual, que na Galiza está por baixo da media do Estado en todos os sectores agás no primario. E non debemos esquercer que nesta actividade é pouco significativa, dada a escasa entidade do emprego asalariado na mesma, onde boa parte dos e das traballadoras figuran noutros rexistros. No resto dos sectores as maiores diferenzas prodúcense en 'Información e comunicacións' e 'Entidades financeiras', que superan os 5.900 euros e 4.300 euros anuais, respectivamente. Na 'industria extractiva, enerxía e auga'. O soldo anual medio galego é un 2% inferior ao español (por colta de 700 euros menos anuais), mentres que no sector da 'Industria' esa fenda entre un salario medio español e un galego é do 11% (máis de 2.500 euros ao ano). Na 'Construción e actividades inmobiliarias' tamén os emolumentos medios no Estado español son superiores aos galegos, se ben cunha diferencia moito menor (apenas un 0,2%). En 'Servizos ás empresas' esa diferencia no salario anual no Estado e na Galiza supera os 2.000 euros anuais, mentres que en 'Servizos sociais' o salaro medio dun galego é de 740 euros menos. No ano 2014 o salario medio oscila entre o mínimo da Agricultura, gandería, silvicultura e pesca en España (5.980 euros anuais) e Outros servizos persoais e de ocio (8.112 euros) en Galiza e o máximo da rama Entidades financeiras e aseguradoras. Nesta última rama, o salario medio no período 2009-2014 diminúe un 4% en España, mentres que en Galiza faino nun 16%
PRAZA_12066
Se levarmos na conta todas as opinions e posicionamentos públicos que nos últimos días arrasam a opiniom pública galega, nom vemos ainda claro o que acontecerá nas vindouras semanas. Porém, o freio institucional ao Plano Ibarreche ou a criva do Estatut som acontecimentos que umha nova força política nacionalista deveria calibrar no respeitante às suas propostas programáticas. Sobretudo se o tema catalám e basco avançar, umha Galiza soa no Estado suporia o momento mais violento do processo etnocida que vivimo
Surpreende a distância que determinadas posiçons políticas tenhem em relaçom a conceitos plenamente normalizados na vida cotidiana. Por exemplo, o facto de que os filhos se emancipem é visto bem pola maior parte dos pais, num momento em que isto se produze a umha idade cada vez mais avançada. É assim que o facto de se independizarem é visto positivamente. Se irmos, porém, do individual ao coletivo, se pensarmos no conjunto do nosso povo e nom em comportamentos individuais, essas mesmas pessoas que querem a emancipaçom da mocidade galega esquivam-se nos "extremismos" e apelam à incapacidade da Galiza para sobreviver sem estar enquadrada dentro do Reino de Espanha. É neste momento quando nos percatamos de que alguma cousa falha, de que qualquer cousa andamos a fazer mal, que o nosso discurso nom é suficientemente pedagógico. O referendo pola independência na Escócia marca os movimentos que se podam fazer no marco estatal. Por umha banda, detrás dos preconceitos de muitos galegos e galegas reside a propaganda dos meios de comunicaçom de massas, que sempre equiparárom os processos soberanistas como elementos de violência extrema. Com tudo, se mediante umha petiçom do governo escocês se realizar umha consulta vinculante, e se tanto o Reino Unido como a Uniom Europeia reconhecerem o resultado –seja qual for–, estaremos diante da aplicaçom efetiva do direito de autodeterminaçom do povo escocês. Por outra banda, o movimento soberanista reconhecerá também um resultado negativo à independência, sem renunciar a procurar outra consulta nos vindouros anos. Isto que parece tam normal, quer dizer, que a populaçom se pronuncie sobre o seu futuro, nom criou consenso durante a celebraçom de referendos nom vinculantes na Catalunya. Nom só fôrom meios perfeitamente enquadrados ideologicamente como Intereconomía ou El Mundo os que dispugérom toda umha bateria de impropérios a acompanhar petiçons formais às autoridades para ilegalizá-los, senom que foi o PP e em menor media o PSOE quem criminalizárom estas consultas ficando cada vez mais desconetados da sociedade catalana e buscando de forma oportunista apanhar algúns votos na meseta. Nas últimas semanas umha enquisa sinalava que mais de 50% da sociedade catalana apoiaria hoje a independência, o maior apoio da história. Se a Uniom Europeia acatar o que acontecer nos próximos tempos na Escócia, a leitura que poda fazer a comunidade internacional com respeito ao que se passa no Reino de Espanha pode mudar significativamente. Nom podemos obviar a relevância da Conferência de Paz realizada o pasado 17 de outubro de 2011, onde a presença do ex-secretário da ONU Kofi Annan fai que a lógica estabelecida por determinado juiz-mártir das esquerdas mesetárias de que "todo es ETA" se dilua perante a referencialidade dos assistentes congregados. Tam só decidírom excluir-se UPN e o PP, organizaçom que junto com o PSOE de López terám que referendar a questionada legitimidade do seu governo cumha previsível aliança das quatro correntes soberanistas e de esquerdas que nestes momentos representa Amaiur no parlamento espanhol. Esta prova do algodom nom referendará o governo autonómico das tres províncias com menos legitimidade da história. A esquerda soberanista criará contradiçons nas bases do Partido Nacionalista Basco, já que a deriva regionalista dos últimos anos contrasta com a posiçom de algum dos seus velhos dirigentes. Se bem a questom navarra porá ao ralenti o processo, o que fica claro é que independentemente da legalizaçom de Sortu a rotura do baralho por parte da esquerda independentista racha de forma evidente o tabuleiro de xadrez que se estabeleceu desde o Estado. Se levarmos na conta todas as opinions e posicionamentos públicos que nos últimos días arrasam a opiniom pública galega, nom vemos ainda claro o que acontecerá nas vindouras semanas. Porém, o freio institucional ao Plano Ibarreche ou a criva do Estatut som acontecimentos que umha nova força política nacionalista deveria calibrar no respeitante às suas propostas programáticas. Sobretudo se o tema catalám e basco avançar, umha Galiza soa no Estado suporia o momento mais violento do processo etnocida que vivimos, se tivermos em mente, de passagem, o novo Estado que anda a desenhar a FAES. Sem que seja necesariamente o centro das reclamaçons num momento de importantes cortes para a maioria social da Galiza, palavras como soberania e independência deveriam estar presentes no debate de ideias. Porque se alguma cousa é boa a nível individual, nom tem por que censurar-se ou esconder-se a nivel coletivo.
NOS_52431
A represión non fará que a CIG mude a súa acción sindical, máis precisa que nunca. Esta foi unha das mensaxes que o secretario xeral do sindicato nacionalista, Xesús Seixo incluiu no discurso final da manifestación que hoxe día 14 percorreu as rúas de Pontevedra reivindicando a liberdade sindical e denunciando os recortes nos dereitos sociais. A forte chuva non impediu o desenvolvemento da protesta.
Desde a Praza da Ferrería até a Subdelegación do Goberno, na Alameda de Pontevedra, transcorreu unha manifestación que ía rematar asulagada por un torrencial de auga. Mesmo así, o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, dirixiuse aos centos de manifestantes que aguantaban aínda a forte chuva para facelos partícipes de que a acción sindical da CIG é agora máis necesaria que nunca e, por iso, a vaga de represión das liberdades executada desde os gobernos do PP non van conseguir que mude o seu camiño de reivindicación dos dereitos laborais e sociais. Encadrou Seixo a manifestación na campaña encetada polo sindicato coa folga de fame contra a represión sindical que tivo lugar tamén na cidade de Pontevedra e sinalou a necesidade, mália a absolución dos sindicalistas, de dar continuidade á denuncia. Ao seu ver, a campaña de criminalización do sindicalismo non é gratuita senón que responde a unha estratexia que quere afogar a resposta social das políticas de recortes máis duras que se lembran. A represión buscaría, segundo sinalou, impedir que a poboación reaxa diante destas medidas e aproveitar os recortes nos propios beneficios. Contra as taxas xudiciais Referiuse tamén Seixo á imposición das taxas que botan abaixo a gratuidade da xustiza e aos recortes continuados nas liberdades e dereitos e situou a represión sindical no marco desta ofensiva global encabezada polos gobernos do PP. Segundo sinalou, nunha intervención máis reducida do previsto por mor da forte chuva que caía en Pontevedra, ás capas sociais máis desfavorecidas estáselle a furtar o acceso ao sistema de xustiza da mesma maneira que a nova reforma da lei educativa está a impoñer a restricción dun dereito básico que é o coñecemento da propia lingua. Na manifestación podíanse ver pancartas cos lemas "Contra a represión sindical. Non á reforma do Código Penal", "Traballar é un dereito, non un privilexio" ou "Contra a represión, solidariedade e loita".
NOS_45970
Sen un átomo de tensión é imposíbel sobreviver na élite. O Deportivo é hoxe unha equipa amortizada. Non ten nen enerxía nen fútbol. Na era post-Oltra (6 partidos sob a dirección de Paciência, tres baixo Fernando), o Depor gañou só 5 dos 27 pontos en xogo. O empate co Rayo (0-0) deixa a equipa galega petando nas portas do inferno.
Engruñado. Sen ánimo. Con medo a fallar. Así é imposíbel que unha equipa compita con opcións de suceso na Liga, muito menos cando diante tes a un combo tan aseado como o que prepara Paco Jémez. No primeiro acto do xogo, o Deportivo -lastrado pola temperá lesión de Riki, a súa mellor baza ofensiva- xogou perante o Rayo como se o fixera perante o Real Madrid ou o Barcelona. Os de Jémez botaron man do passing game e aquilo foi un monólogo. O mellor dos branquiazuis, un inspiradísimo Aranzubia. Uns metros por diante do gardamallas vexetaba un defensa central que nunha determinada altura aterrou no Atlético de Madrid como un proxecto de estrela. Zé Castro. Estivo horroroso. Lento. Impreciso. Un agasallo para a vangarda rival. Menos mal que ao seu carón estaba Marchena, que aínda ten certo amor propio, embora ao final deixase a súa equipa con 10 por dúas entradas, a segunda assaz estúpida, a Trashorras. O de Rábade, Trashorras, impartiu unha memorábel leición sobre o relvado de Riazor. Un futbolista marabilloso. Durante boa parte do xogo, o único futbolista galego no campo. Algo que debe facer reflectir ao clube da Praza de Pontevedra: hai alguén aí, alguén interesado en algo máis que en conservar o seu salario? O de Rábade, Trashorras, impartiu unha memorábel leición sobre o relvado de Riazor. Durante boa parte do xogo, o único futbolista galego no campo. Na segunda metade, é certo que o Deportivo gozou dalgunha oportunidade, algunha faísca de Pizzi, un desvío de Valerón na boca de gol, moi pouca bagaxe canto te estás xogando a vida e unha vitoria túa te coloca a só 6 pontos do Zaragoza. O pior non é a distancia que afasta o Deportivo da liña de salvación, o pior é que esta equipa transmite derrota, o pior é que esta equipa non acredita en si mesma. Game over.
NOS_50108
A falta de docentes substitutos nalgunhas listaxes como a de Francés de Primaria, Portugués de Secundaria e Procesos de Produtos e Artes Gráficas en FP "está facendo que estean a piques de esgotarse", alerta o sindicato CIG-Ensino, que trasladou á Consellaría de Educación a urxencia da actualización das listaxes de substitucións.
A CIG-Ensino dirixiuse á Consellaría de Educación para trasladarlle a necesidade de que se actualicen as diferentes listaxes de substitucións de todas as especialidades coas persoas que non superaron o procedemento selectivo de acceso aos corpos docentes. Neste comezo de curso, sinala o sindicato nacionalista, xa se detectou o esgotamento de listaxes sen actualizar en varias especialidades como Francés de Primaria, Portugués de Secundaria ou Procesos de Produtos e Artes Gráficas en Formación Profesional polo que, para evitar problemas na cobertura das substitucións, instan a Administración a que as actualice "inmediatamente e acelere igualmente as das demais especialidades". O sindicato asegura que desde a Consellaría xa lle avanzaron que a lista de Francés de Primaria foi actualizada mais que case non se incorporou ningunha persoa da novas opositoras. Tendo en conta que isto xa vén sendo habitual nos últimos cursos, a CIG considera que a Consellaría "debería presentar en Mesa Sectorial unha proposta para a cobertura de vacantes desta especialidade". Profesorado en listas sen mestrado de profesorado Por outro lado, di a CIG, a Consellaría vén de confirmarlle que a interpretación que fai a Administración do texto engadido no curso pasado ao acordo do persoal interino asinado por outros sindicatos, ("mentres non se dea por finalizado o curso no que as autoridades correspondentes determinen a fin das circunstancias extraordinarias derivadas da pandemia") supón que seguirán a ser chamadas, no lugar que obtiveron en listas no curso 2020/21, as persoas que traballaron o curso pasado sen ter feito o mestrado de profesorado, procedendo no momento en que se anulen estas medidas excepcionais a eliminalos das listaxes ao non poder consolidar postos sen esa titulación. Esta decisión implica, por tanto, unha consolidación temporal durante o presente curso.
NOS_21121
Esta estratexia, implantada con éxito en países como Corea do Sur, Australia ou Nova Zelandia, require rapidez e contundencia para frear a transmisión do coronavirus.
"Desde o primeiro día os chineses déronnos as pautas para unha estratexia Zero Covid, non de mitigación, senón de eliminación do virus", explica a Nós diario María Jesús Díaz Candamio, médica especialista en Radioloxía no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e parte da plataforma Libres de Covid, integrada por persoas expertas e cidadáns que piden ás autoridades converter a Galiza nunha zona verde Zero Covid, cunha incidencia moi baixa, próxima a cero, "sen contaxios nin mortes, mais tamén sen restricións", o que permitiría recuperar unha normalidade a longo prazo. Galiza está perdendo a oportunidade de implantar a estratexia Zero Covid A estratexia Zero Covid recolle a experiencia de países como China, Corea do Sur, Australia ou Nova Zelandia. Antes ou despois apostaron por frear a circulación do SARS-CoV-2 cun conxunto de medidas "estritas e proactivas" que situaban no horizonte a eliminación do virus. "Como chegar a cero e suprimir o coronavirus é moi difícil, o que se intenta é alcanzar unha incidencia o máis baixa posíbel, de entre 10 e 25 casos por goza dunha por 100.000 habitantes nos últimos sete días. O que se consegue con esta incidencia mínima é que o rastrexo de casos sexa eficiente", sinala Díaz Candamio, ao contrario do que sucede en territorios cunha alta transmisión do virus "onde o rastrexo non é capaz de detectar todos os casos". Australia aplicou o Zero Covid despois de estar varios meses cunha estratexia de mitigación, precisa, "o que nos demostra que é posíbel dar ese salto". E aínda máis, que se pode facer con éxito, "xa que nas zonas verdes, cunha baixa incidencia e transmisión, o que se consegue é ter unha vida social normal e iso economicamente ofrece resultados". "Pensar ao grande" A estratexia Zero Covid "é a única maneira de recuperar unha normalidade duradeira", afirma María Jesús Díaz Candamio, quen incide na necesidade de combinar o efecto das vacinas coa supresión do virus para deter o impacto máis negativo da Covid-19. "Non sabemos as consecuencias que vai ter a máis longo prazo en adultos que padeceran a enfermidade nin en persoas asintomáticas que descoñecen que a pasaron". Neste sentido, Díaz Candamio asegura que Galiza está perdendo a oportunidade de implantar a estratexia Zero Covid. "Hai tres semanas estabamos mellor que agora e sen a presenza dunha variante preocupante como a india", lembra. O mellor tempo pasou, ás portas do verán de 2020. Galiza e o resto de Europa perderon aí a grande ocasión de sumarse a unha estratexia de eliminación que exixe "pensar ao grande" en termos de saúde pública a partir da responsabilidade individual e do compromiso das Administracións. O ideal é actuar con incidencias baixas para garantir o illamento das persoas que o necesitan "Agora sería factíbel aplicar unha estratexia Zero Covid pero sería máis difícil". Exixiría confinamentos selectivos onde hai surtos declarados ou unha repunta da incidencia, cribados obrigatorios e un acceso continuado a tests gratuítos. "O ideal é actuar con incidencias baixas para garantir o illamento das persoas que o necesitan. E aí o Estado debería intervir para asegurar un illamento nas mellores condicións. Se se fai ben é máis efectivo e rendíbel que todos os ERTE e as restricións coñecidas", conclúe Díaz Candamio, quen lamenta o "caos" derivado da estratexia de mitigación. Galiza: territorio periférico e baixa incidencia As consecuencias desta pandemia e da enfermidade crónica serán aínda visíbeis dentro duns anos, asegura María Jesús Candamio, "pero hoxe creo que aínda merece a pena aplicar a estratexia Zero Covid, aínda que só sexa como ensaio para a seguinte". Esta experta en Radioloxía avoga por actuar rápido e de forma contundente sen desprezar ningún caso "procedente dun barco onde se confirmou a presenza da variante india ou dun colexio onde a curva de contaxios é alarmante, como a do CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros". Galiza goza dunha posición avantaxada, di. "Ten unha incidencia baixa e é un territorio periférico, mal comunicado. Debería camiñar cara a Covid cero a canda Asturias, Castela e Portugal con medidas de rastrexo e control moi serias, exhaustivas, excepcionais, de seren necesarias, e procurar unha sociedade concienciada".
PRAZA_9817
A Enquisa sobre Fecundidade afonda ademais nas razóns que explican a caída da natalidade. O 48% das mulleres galegas que teñen menos fillos dos que desexarían aducen razóns económicas ou de conciliación laboral. Reclaman aumentos nos permisos, flexibilidade de horarios, incentivos económicos e máis escolas infantís
Son moitas as páxinas que se escriben ao redor do devalo demográfico en Galicia, da caída na taxa de natalidade ou do atraso na idade da maternidade, pero ata agora había poucas estatísticas que axudasen a valorar estes temas no seu conxunto. O Instituto Nacional de Estatística publicou este martes unha nova edición da súa Enquisa de Fecundidade, con datos de 2018, que lle dá continuidade á anterior, que databa do ano 1999. Fálase moito da caída da natalidade pero poucas veces se afonda nas causasA enquisa está construída coas entrevistas realizadas a case 15.000 mulleres entre 18 e 55 anos en todo o Estado español e achega abondosas informacións sobre as circunstancias en que as mulleres teñen fillos, as motivacións para ser nais ou non selo e os obstáculos que atopan ou atoparon nestes procesos.O estudo permite coñecer, ademais, como é actualmente no reparto de tarefas no coidado de fillos e fillas entre as nais e as súas parellas en Galicia, amosando así a importancia da fenda de xénero que se mantén (nas parellas heterosexuais).Segundo o INE, a porcentaxe de homes que se responsabiliza destas tarefas en exclusiva é moi minoritarioNo 67% dos casos ocúpanse en exclusiva de mercarlles roupa, no 58% deciden elas soas cales serán as súas comidas e no 53% das veces son unicamente elas quen os leva ao médico ou queda ao seu carón cando están enfermos e enfermas. Segundo o INE, a porcentaxe de homes que se responsabiliza destas tarefas en exclusiva é moi minoritario. Axudar cos deberes (47%), levalos e recollelos da gardaría e do colexio (44%) ou vestilos (43%) son tamén coidados que a maior parte das nais realizan soas, aínda que nestes casos as porcentaxes das parellas que as levan a cabo de forma repartida é maior, unha proporción que crece á hora de deitalos ou bañalos.Elixir as súas tarefas extraescolares é unha actividade que unha parte maioritaria das parellas realiza en conxunto (47%). E a única actividade que as parellas das nais realizan cunha frecuencia próxima á das nais é a de xogar cos fillos e fillas, aínda que mesmo aquí a diferenza segue a ser grande.A baixa natalidade e as súas causasGalicia é o territorio no que unha porcentaxe menor de mulleres de menos de 30 anos teñen fillos, case a metade da media españolaA enquisa afonda nas razóns da baixa natalidade, un fenómeno que en Galicia é especialmente importante. A nosa autonomía é o territorio no que unha porcentaxe máis pequena de mulleres de menos de 30 anos teñen fillos, apenas o 6,5%, case a metade da media española. En cambio, no grupo de idade seguinte (de 30 a 39 anos), a porcentaxe de mulleres con fillos en Galicia mesmo supera a media estatal, situándose mesmo en sexo lugar entre as 17 comunidades autónomas.Hai grandes diferenzas en canto á idade da maternidade en función do nivel de estudos acadados. Entre aquelas nais galegas que chegaron ata o ensino secundario ou un nivel menor, o 44% tivo o seu primeiro fillo ou filla antes dos 25 anos e outro 34% antes dos 30. Uns datos moi diferentes aos das nais galegas con estudos superiores: só o 41% tivo o seu primeiro fillo ou filla antes dos 30.Cal é, polo tanto, o motivo para que as mulleres galegas non teñan fillos e fillas? A enquisa pregúntalles directamente a elas, e máis alá daquelas que din ser "demasiado novas" aínda (21%) ou as que non queren ser nais (16%), as razóns máis importantes son as económicas e laborais (o 13% por cuestións de conciliación e outro 10% directamente por falta de cartos).O 48% das mulleres que teñen menos fillos dos desexados aducen motivos económicos ou de conciliación laboralAs respostas son semellantes cando se lles pregunta a mulleres que teñen ou tiveron menos fillos dos desexados cal foi o motivo. Un 21% di que son ou foron razóns económicas e un 27% refire cuestións de conciliación da vida laboral. De igual xeito, un 41% das galegas afirma que tivos os seus fillos e fillas máis tarde do que desexaba por estas mesmas razóns económicas e de conciliación. Porén, cando era conselleira de Benestar, Beatriz Mato afirmou que "a decisión da natalidade non está vinculada á situación económica ou ao desemprego de forma directa".Reclaman aumentos nos permisos, incentivos económicos, flexibilidade de horarios no traballos ou melloras na rede de escolas infantísFinalmente, o estudo pregúntalles ás mulleres galegas polos incentivos e iniciativas que o Estado debería poñer en marcha para favorecer un incremento da natalidade. Nas respostas póñense sobre a mesa moitas ideas, que varían en función da idade das entrevistada, pero nelas destacan as medidas para o aumento dos permisos de maternidade e paternidade, a flexibilidade de horarios no traballo, a mellora da rede de escolas infantís e gardarías e, igualmente, as compensacións económicas para aquelas parellas que decidan ter fillos ou fillas.O 22% das mulleres galegas con fillos e fillas menores de 3 anos lévanos a escolas infantís. Unha porcentaxe semellante (24,7%) conta primordialmente co apoio dos avós ou avoas e un 25,6% fai uso deste dous apoios por igual. O 16% non conta con ningunha destas colaboracións.A enquisa achega outros datos, como por exemplo que case 27 mil galegas sometéronse, segundo o INE, a algún tratamento de reproducción asistida: inseminación artificial, fecundación in vitro (FIV) ou inxección intracitoplasmática (ICSI).
NOS_22725
Encadrar a realidade e narrala implica tomar moitas decisións. Da cor ao movemento, un nome está detrás dalgúns dos filmes máis interesantes dos últimos anos, como Dhogs, Trote ou Matria. Ela é Lucía C. Pan (Cambre, 1986), de profesión directora de fotografía, o oficio de pintar coa luz. Licenciada en Belas Artes, especializouse na súa actual profesión en Barcelona e logo voltou para desenvolver a súa actividade na terra. En 2018 fíxose co Premio Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía polo seu bo facer en Dhogs, converténdose na primeira muller que o recibe nos 18 anos de traxectoria dos galardóns, polos que pasaron 48 nominados dos que só catro eran nomes femininos. Uns datos que poñen de manifesto a desigualdade aínda moi patente en certas áreas do audiovisual, especialmente aquelas que teñen a ver cos postos de poder. Eis un estrato da peza publicada no número 369 do semanario en papel Sermos Galiza.
Que implica a dirección de fotografía? Sempre digo que o meu labor é facer factíbel algo que é abstracto nun inicio, ideas soltas nun guión ou que nin sequera aparecen nel, pero si nun dossier, en conversas co director... O noso traballo consiste en narrar coa imaxe o que as realizadoras queren transmitir. O director de fotografía ocúpase de coordinar o departamento de cámara e de iluminación para que isto sexa posíbel a nivel técnico, artístico, narrativo... ocupándose de todo o que o espectador percibe a través da vista. Está entre o técnico e o artístico? Ten un compoñente moi importante non só técnico, senón de produción. Eu sempre defino a xente de produción como conseguidores, porque fan que as cousas sexan posíbeis. No departamento de foto tes un apartado puramente técnico, e despois está esa parte artística, que ao mellor ten unha implicación temporal menor, mais non por iso é menos importante, seguramente ao contrario. Que acontece na cabeza de Lucía C. Pan cando lle chega un guión? Primeiro intento ler o guión para percibir a historia, case como quen le unha novela. Despois diso, gústame falar co director para ver as cousas que non se especifican nel, porque non sempre é o guionista. Unha vez teño todo iso, enfróntome a un desglose máis minucioso e de problemáticas técnicas, tendo en conta eses referentes. A partir de aí comeza o traballo de facer que as cousas encaixen, atendendo tamén a que o orzamento se adapte ao que precisamos. Que tipo de referencias adoita empregar: cinematográficas, pictóricas...? Aínda que as visuais son as máis comúns, todo me parece unha referencia, por exemplo, se o director está obsesionado cunha música ou cunha obra de teatro. Emprego moitas referencias de fotógrafos, non necesariamente coñecidos, pois agora plataformas tipo instagram ou pinterest permítenche chegar aos seus traballos. Utilizo todo iso e intento non pecharme a nada. Non só vexo cinema, tamén series e videoclips, que son unha cousa espectacular, rompen moitos esquemas. Todas esas son ferramentas que debemos usar para poder concretar, pero non para facer o meu filme, senón a historia da directora. Claro, porque o seu oficio require unha certa invisibilidade para darlle cabida á personalidade do director. Eu creo que máis ben é que non é precisa a miña visibilidade. É dicir, no set si que saben que é un director de fotografía, a súa responsabilidade e o seu peso, e esa é toda a visibilidade que eu necesito para traballar realmente. Tristemente, foi a primeira muller en gañar un Mestre Mateo á Mellor Fotografía. Por que é un oficio tan masculinizado? É moi complexo. Por unha banda, a fotografía sempre se asociou coa forza. Ademais, ten un peso enorme na produción: podes facer o que queiras, se non iluminas dá igual que teñas unha cámara. Entón, pasa un pouco o de sempre, cando tes unha gran responsabilidade, na maioría dos oficios, recae nunha figura masculina. Á parte, o departamento de foto sempre foi moi asociado á pericia técnica e acaba vinculándose co xénero masculino. Porén, cada vez é máis habitual ler un nome feminino nos títulos de crédito. Moita xente queda polo camiño por non ser capaz de imaxinarse facendo algo A división por xénero do traballo no audiovisual continua a ser forte. Percibe que está mudando o paradigma? Temos que estar contentas, pero sen rendernos nin despistarnos. Os prexuízos son menos, pero sempre te encontras cos restos. As cousas non cambian dun día para outro, leva uns procesos enormes, con esforzo, e ter referentes é fundamental. Moita xente queda polo camiño precisamente por non ser capaz de imaxinarse facendo algo. Sempre volvemos ao mesmo, desde cativos. Eu xogaba cunha cámara de fotos escarallada de meu pai ou cos xoguetes de meu irmán, pero eran del, non meus. Ese tipo de cousas condiciónannos todo o tempo. A min chámanme moito a atención certas cousas que me condicionaron desde sempre e que eu sabía que non eran innatas en min, por exemplo o tema dos coidados. Eu era a típica que desmontaba aparatos electrónicos na casa. Non me gustaba ler as instrucións, prefería descubrir como funcionaban as cousas e iso era innato, non inculcado. Somos unha batalla entre o que queremos facer, o que nos sae innato e a educación, que ten un peso enorme. É un traballo dificilísimo romper cos clixés que temos interiorizados, require un traballo interno moi grande. Supoño que a medida que vaiamos ocupando os espazos que tradicionalmente nos negaron e sexan mulleres as cabezas de equipo, a situación irá mudando por peso propio. Pero non cambia unha persoa soa toda unha cultura. Ocupar eses postos sendo muller é na túa experiencia máis complexo? Depende moito das persoas que atopes. Hai xente que leva a xerarquía até o último punto, co cal dálle igual que sexas home ou muller, o que digas vai a misa. Dentro do meu departamento non atopo excesivas dificultades, porque aínda que non configure eu o equipo teño certa influencia e xa escollo xente coa que sei que me vou entender. Ás veces parece que costa un pouco facerte seguir, pero é a complicación propia do liderado, até que entenden a túa filosofía e a onde queres chegar. Con outros departamentos si que pode haber roces, ou que non asuman a túa voz coa mesma autoridade que a dun home. Pero pouco a pouco vai mudando. Eu poño en valor o departamento de produción, cando te entendes con el e cando dis que algo é prioritario sen ter que subir o ton ou ser pesada... é marabilloso. Por iso hai certa xente que adoro e coa que me gusta traballar, non me fai falla gañar o seu respecto, xa o teño desde o principio. É como xustificar por que escolles certos traballos, aos homes non lles piden xustificar por que escollen algo tanto como a nós. Contra o que adoita acontecer no sector, onde é habitual ir ascendendo na xerarquía, vostede comezou a traballar moi rápido de directora de fotografía. Realmente iso foi consecuencia da crise. Estudei fotografía en Barcelona e cando voltei á Galiza quería seguir os pasos normais: entrar de meritoria, logo auxiliar, ir subindo a foquista... Son traballos para os que estaba preparada e quería desempeñar, pero fixen moi pouco. Constantemente tiña que buscar traballos paralelos para pagar facturas e chegou un momento en que non podía atender a todo. Como a maioría destes traballos eran de colaboración, escollía facer de directora de foto. E non é fácil aprender así, estás constantemente sen saber, todo o tempo metendo a pata... Porque non tes como un referente onde mirar. Eu traballei con moi poucos directores de foto e foi xenial, pero tamén estás ao teu, non podes atender. Á parte tiven a sorte de que en PixelFilms lles gustaba como traballaba e tiñamos moito entendemento, desde o principio propuxéronme traballos de directora de foto. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 369 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_20138
Os dous enxeñeiros autonómicos que o Goberno galego lle facilitou ao xuíz veñen sendo moi criticados polas vítimas por asumir as premisas de Adif e Renfe. No mesmo tempo, entre 2013 e 2016, a Xunta encargou 965 peritaxes a técnicos autonómicos, catrocentas menos que a independentes.
A finais de 2013 a Xunta impúxolle ao primeiro xuíz instrutor do accidente de tren de Angrois dous funcionarios autonómicos sen experiencia en materia ferroviaria como peritos encargados de analizar o sinistro do 24 de xullo daquel ano, no que morreron 80 persoas. Argumentaba o Goberno galego que así o obrigaba unha norma autonómica previa, que establece que só se pode recorrer a expertos independentes para realizar unha peritaxe xudicial cando a administración non atope persoal propio para facela. Fronte ao ocorrido co caso de Angrois, e segundo revela agora a Xunta, entre 2013 e 2016 o Goberno galego encargou menos peritaxes xudiciais a persoal dependente da administración, 965, que as que realizaron expertos externos, 1.357, polas que pagou 1,3 millóns de euros. Entre 2013 e 2016 a Xunta encargou 965 peritaxes a técnicos autonómicos fronte a 1.357 a expertos externos O primeiro xuíz instrutor do accidente de Angrois, Luis Aláez, pediu pouco despois do sinistro aos colexios profesionais de enxeñeiros de Industriais, Camiños e Telecomunicacións que cada un deles lle facilitase unha terna dos seus mellores profesionais para, mediante sorteo, elixir un de cada especialidade para axudalo a analizar o accidente. Cando así o fixo, os profesionais elixidos inicialmente como peritos de Camiños e Industriais presentaron orzamentos para realizar os seus traballos de máis de 800.000 e 500.000 euros respectivamente, honorarios que tería que abonar a Xunta como administración competente na xestión da xustiza a nivel autonómico. Foi nese momento cando o Goberno galego rexeitou eses nomeamentos xa realizados polo xuíz e esgrimiu a norma previa que obriga a buscar primeiro expertos dentro da propia administración antes de contratalos fóra. A Xunta ofreceulle ao xuíz a cambio dous funcionarios con esas mesmas titulacións de enxeñeiros de Camiños e Industriais pero sen experiencia previa en materia de ferrocarrís. Pola contra, o terceiro perito nomeado polo xuíz por sorteo de entre os profesionais ofrecidos polos colexios, o enxeñeiro de Telecomunicacións, cuxo orzamento non superaba os 50.000 euros, mantivo e mantén hoxe o seu encargo porque a Xunta dixo que non atopaba ningún funcionario para facer o traballo. As vítimas do accidente acusan os dous funcionarios da Xunta de asumir as teses de Adif e Renfe, que culpan do sinistro ao maquinista, fronte ao perito independente que apunta eivas de Adif Durante o seu traballo na causa, os dous peritos da Xunta, un dos cales mesmo plaxiou parte dun informe, foron duramente criticados polas vítimas do sinistro e polo avogado do maquinista por asumir as teses de Adif e Renfe de que o despiste que sufrira o condutor do tren Alvia fora a única causa do accidente. Fronte a eles, o perito independente experto en Telecomunicacións sinalou diversas eivas de seguridade na liña de alta velocidade que serían responsabilidade de Adif. Eivas que agora están detrás da argumentación que permitiu a imputación o pasado marzo do ex-director de Seguridade na Circulación da empresa pública, Andrés Cortabitarte. Este diario preguntou á Xunta, a través do mecanismo habilitado pola lei de transparencia, cantas peritaxes xudiciais asumiu con funcionarios propios e cantas con expertos externos, e canto custaron, desde 2013. Fronte a anteriores demoras nese procedemento de transparencia, desta volta a Xunta, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, contestou ao día seguinte de chegarlle a petición. Segundo os seus datos, entre 2013 e 2016 o persoal dependente da administración realizou 965 informes periciais para a Xustiza, fronte aos 1.357 elaborados por técnicos externos, polos que a Xunta pagou un total de 1.322.153 euros. Estas cifras non teñen en conta as peritaxes médico-legais e psicolóxicas, que realiza o persoal forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). Os dous funcionarios autonómicos acabaron encargando estudos externos sobre materias que eles non eran quen de analizar cos seus propios medios ou coñecementos No caso de Angrois, a complexidade da causa é superior a boa parte do resto de asuntos xudiciais que obrigan a realizar peritaxes. Tanto que, sen chegar aos extremos dos orzamentos propostos polos dous peritos independentes rexeitados, hai un ano os dous funcionarios designados pola Xunta xa gastaran, á marxe do seu soldo habitual na administración, uns 200.000 euros en encargar estudos externos sobre materias do caso que eles non eran quen de analizar cos seus propios medios ou coñecementos. Fronte a eles, o perito independente de Telecomunicacións presentara uns honorarios totais polos seus servizos ata aquel mesmo momento de só 42.350 euros. Uns custes, todos eles, que a Xunta, como outras partes presentes na causa, poderían aínda recuperar cando se establezan as costas do proceso tras o xuízo. Porén, a mesma Xunta que autorizou os informes externos encargados a dedo polos seus funcionarios, venlle pondo problemas para cobrar ao perito independente esixíndolle que xustifique mellor o seu traballo.
NOS_23038
Segundo fontes da Organización de Produtores Asociados de Grandes Atuneiros Conxeladores (Opagac), consultadas por Europa Press, esta fuga de amoníaco produciuse mentres se realizaban tarefas de reparación do atuneiro no Porto Vitoria, a capital das Illas Seychelles.
Unha fuga de amoníaco do sistema de refrixeración foi a causante do falecemento de dous mariñeiros do atuneiro vigués Albacora Catro esta cuarta feira nun porto de Seychelles. Aínda que nun primeiro momento falárase dunha explosión, semella que finalmente esta non tivo lugar. O sinistro, que tivo lugar nun período de tempo moi curto desde que os mariñeiros foron conscientes da fuga até a explosión, segundo apuntan medios locais galegos, acabou coa vida de dous mariñeiros, galegos os dous e residentes en Vigo, e deixou polo menos oito feridos. A explosión dun atuneiro galego nas Seychelles deixa dous falecidos e oito feridos Segundo fontes da Organización de Produtores Asociados de Grandes Atuneiros Conxeladores (Opagac), consultadas por Europa Press, esta fuga de amoníaco produciuse mentres se realizaban tarefas de reparación do atuneiro no Porto Vitoria, a capital das Illas Seychelles. Despois de coñecerse o fatídico suceso, unha delegación da empresa viguesa Compañía Europea de Túnidos, propietaria do buque, partiu xa rumbo Seychelles para axilizar os trámites necesarios, como as repatriacións dos corpos. Espérase que tarden polo menos un día en chegar ao lugar. Dous falecidos Segundo fontes consultadas por Europa Press que os dous falecidos serían o xefe de máquinas e o primeiro oficial do buque, que se atopaban no fondo do buque no momento de producirse a fuga. Os dous mariñeiros eran naturais da comarca do Barbanza. En concreto, un era de Palmeira, no municipio de Ribeira, e o outro de Xuño, no municipio de Porto do Son. A Galiza chora os mortos no mar A Opagac lamentou nun comunicado o falecemento dos tripulantes e desexou unha pronta recuperación dos feridos. Sete deles xa foron dados de alta, mentres que un dos mariñeiros continúa hospitalizado con insuficiencia respiratoria tras o accidente. "Opagac expresa a súa solidariedade e apoio aos familiares e amigos dos falecidos e pon a súa disposición e á da compañía propietaria do buque todos os recursos que crean necesarios nestes momentos tan duros para tratar de paliar o máis posíbel a dor causada por este suceso", indicou.
PRAZA_1678
O Goberno galego reduciu o seu cadro de persoal en 3.191 persoas dende 2009. Galicia perdeu 1.500 docentes e 1.600 profesionais do Sergas en media década.
O devalo sufrido nas eleccións municipais do 24M impulsou o PP galego nas últimas semanas a lanzar múltiplos anuncios en materia social, algúns deles destinados a parchear recortes que os propios populares aprobaron e aplicaron dende os gobernos galego e central. No mesmo sentido, por boca do seu xefe de filas e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a formación conservadora vénse gabando nos últimos meses dos "avances sociais" que, din, impulsaron nos seus mandatos. Alén das valoracións o certo é que os datos orzamentarios veñen contrastando dende hai tempo uns recortes sociais que tamén tiveron a súa tradución no persoal que achega estes servizos á cidadanía. Nomeadamente, no caso galego a sanidade e a educación perderon 3.000 profesionais nos últimos anos. A Secretaría de Estado de Administracións Públicas, dependente do Ministerio de Facenda, vén de facer públicos os seus datos máis recentes de cifras de persoal ao servizo das diferentes institucións do Estado. No caso da Xunta constata que en xaneiro deste 2015 traballaban para a Administración pública galega un total de 86.108 persoas, 3.191 menos que cando Feijóo chegou ao poder, na primeira metade de 2009. O groso deste recorte, atendendo aos datos, concéntrase no ensino non universitario e no Servizo Galego de Saúde. A Administración galega prescindiu nos últimos anos de 1.500 docentes e de 1.700 profesionais do Servizo Galego de Saúde, segundo o Ministerio de Facenda Mesmo excluíndo os datos do primeiro trimestre de 2010 -que, segundo sinalou Feijóo en 2014, son produto dun erro de cálculo ao contabilizar como prazas distintas as de docentes substitutos- o recorte de persoal nestes dous ámbitos sociais é obvio. No caso da educación cando o PP retornou a San Caetano había máis de 35.000 docentes, que chegaron a ser 35.600 no verán de 2010. Dende aquelas datas a tendencia foi descendente ata chegar aos 34.032 docentes de comezos deste ano, a cifra máis baixa da última media década produto da perda de 1.573 traballadores e traballadoras. No que atinxe aos servizos sanitarios o Goberno popular tomou as rendas cun plantel de 35.079 persoas. Dende ese momento a tendencia descendente foi practicamente constante e a comezos de 2012, no inicio da segunda lexislatura de Feijóo, o Sergas xa traspasara a barreira dos 34.000 profesionais. Dous anos despois, en 2014, a cifra caeu por baixo dos 33.000, recuperándose levemente a mediados de 2014 para volver caer a comezos deste ano, ficando polo momento en algo máis de 33.300 persoas, o que implica unha redución de 1.700 nos últimos cinco anos. Estes números dan lugar a un cadro de persoal total ao servizo da Xunta composto polos devanditso 86.108 traballadoras e traballadores. Esta redución de algo máis do 3,5% -en sanidade aproxímase ao 5% e en educación rolda o 4%- levou o plantel ao servizo da Administración autonómica ata o punto máis baixo da serie analizada. Polo tanto, no ano presentado como o do "inicio da recuperación" o actual Goberno galego ten ao seu servizo menos persoal ca nunca.
NOS_48426
O PP ten as portas abertas para quen queira entrar nel, mas tamén para "os que queiran marchar". Sinalouno esta mañá Feijóo, perante o primeiro comité executivo do PP após o congreso de Lugo. O chefe da dereita galega decidiu que Paula Prado abandonaría o concello de Santiago.
O PP enfrenta unha situación ben paradoxal. Ten 41 escanos no Parlamento, mais pelexa cunha crise económica e social sen precedentes. Esta mesma semana, os dados da EPA batían unha marca histórica. 277 mil galegos no paro. A taxa de actividade apenas supera o 50 por cento. Neste contexto, ábrense fendas no partido, cunha crise profunda nos grupos municipais de Pontevedra, Ames e Santiago e baixas de edís en Narón e Pontevedra. Nen sequer a imprensa afín, ben engraxada cos subsidios provenientes das arcas de San Caetano, pode xa agachar as lañas no outrora impenetrábel bunker conservador. E iso sen falarmos de que o asunto ourensán continúa como sempre, con Baltar senior fóra do partido e con Baltar junior afiando as armas para o congreso provincial. Nen sequer a imprensa afín, ben engraxada cos subsidios provenientes das arcas de San Caetano, é quen de agachar as lañas no bunker conservador Así as cousas, Feijóo resolveu hoxe mover ficha en Santiago. Decisión salomónica. Ascende a Paula Prado, que continúa no Parlamento e substitúe Rodríguez Miranda como portavoz do partido, mas á vez salva a vida política -polo de agora- ao duplamente imputado Ángel Currás, o home que non ía saír nos titulares de imprensa e que vai de escándalo en escándalo. "O partido ten as portas abertas para os que queiran marchar e para os que non estexan dispostos a aceitar os principios de honestidade, exemplariedade e unidade", afirmou o xefe do Executivo galego. En pleno caso Bárcena, Feijóo esfórzase por aparecer como campión da ética política, embora a estas alturas aínda non teña demandado a demisión ao alcalde duplamente imputado de Santiago.
PRAZA_14137
Festicultores presentan o seu primeiro disco, Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira, despois de sete anos actuando polas festas de Galicia e tamén en Serbia, Polonia, Francia ou Portugal, "revolucionando o mundo das charangas"
Festicultores presentan o seu primeiro disco, Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira, despois de sete anos actuando polas festas de Galicia e tamén en Serbia, Polonia, Francia ou Portugal, "revolucionando o mundo das charangas" Todo comezou na festa do Corpus de Ourense, unha noite de 2005. Despois de que durante meses Emilio Oro percorrese o país como a Kabra Macabra, decide formar un pequeno exército, composto por Yuri Brinkas (cantante), Antonio Feijóo Soto (guitarra), Martín el Labio (trompeta), Alex Díaz (saxo), Gustavo Agasi (caixa), Xurxo Troncoso (bombo), Manuel Lousas (violín), Emilio Oro (teclado) e Miguel Rumbao (baixo). Esa foi a primeira formación dos Festicultores, que dende aquela noite de 2005 percorreu Galicia de norte a sur, revolucionando o mundo da charanga con espectáculos como Rumaníacos, As Kabras Chouteiras ou E.G.F.A. (Exército Gherrilleiro das Festas Armadas). Produto da boa sona que ían gañando chegaron a acompañar a Manu Chao e Radiobemba na fin de xira europea en Baiona (Francia) e percorreron países coma Serbia, Polonia, Francia ou Portugal, compartindo cartaz con grupos coma Gogol Bordello, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra ou Fanfare Ciocarlia. O ano pasado presentaron nova formación e novo espectáculo. Gustavo Agasi "O pellizcos", Anxelo de Xermar "Torturillas", Xiñor Tonichi "O Tortas", Nico "O Cachelitos", Iago "Mordisquitos", Carlos Alberto "O Traidor" e Emilio Oro "O Mamador Líder", levan meses coa xira dos Sadomusiquistas, que agora se converte en disco, o primeiro da formación en sete anos: Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira. Nel, queren sintetizar o seu concepto de festa total, todo un lema para os seus incondicionais: "unha festa é total se remata en sexo oral". E que é o sadomusiquismo? Pois é "un tsunami de endorfinas para liberar os cerebros e espallar unha revolución de doloroso pracer", din dende a banda, e engaden que o obxectivo é que "os corpos entren en erupción e rebenten as pistas con bailes a base de movementos pélvicos e convulsións", con temas novos coma "Contorsionista", "Feromonas", "Árbol caído" e "O baile musiquista" ou vellos éxitos do grupo coma "Sexo oral" e "A Kabra Makabra". O disco xa se pode atopar en tendas físicas e tamén en virtuais como iTunes e en servizos de escoita coma Spotify o Grooveshark. E aínda que os Festicultures se desprazaron a Las Vegas para presentar o disco, os vindeiros concertos terán lugar en San Caralampio de Melide (este domingo día 9), nas festas patronais do Barco de Valdeorras e no Festival Paraíso de Monforte de Lemos (o sábado 15).
PRAZA_15897
Mentres o papel dos partidos se mantén na incógnita, as plataformas municipais apostan por lanzar xa o proceso e evitar acordos "de última hora"
Practicamente ninguén desbota nada a respecto das vindeiras eleccións galegas, sobre as que o único seguro é que teñen que celebrarse antes de mediados de decembro. De seren "cando toca" a data sería no mes de outubro, pero a incerteza en torno ao futuro político do presidente da Xunta, quen legalmente ten a capacidade de convocalas cando considere oportuno, enche o panorama de interrogantes. Este é o escenario no que, no seu segundo encontro en dúas semanas, as mareas municipais decidiron organizar grupos de traballo para, en caso dun eventual adianto electoral, seren quen de poñer os vimbios para unha candidatura de confluencia. Despois dunha primeira xuntanza, hai dúas semanas na Estrada, o pasado domingo unhas 150 persoas dunha trintena de plataformas municipalistas xuntáronse na Pobra do Caramiñal. Se na primeira xuntanza saíu unha primeira "exploración" e a vontade de promover unha proposta "máis ampla" e "con maior participación" que a que caracterizou a En Marea nas xerais, desta volta a aposta foi comezar a darlle forma a unha estrutura na que, por motivos obvios, non abonda cos mecanismos municipais. Así as cousas, segundo detallou este luns a Marea Atlántica, a quen as diversas formacións lle atribúen un papel destacado no impulso deste novo proceso, "están operativos dende hoxe" oito grupos de traballo "con colaboración horizontal e participada de persoas das distintas plataformas". Mediación, Feminización, Comunicación Interna, Mapa Territorial, Principios Básicos, Código Ético, Programa Participativo, Primarias e Forma de Goberno son ás áreas nas que se divide un traballo que, din, procuda "darlle forma a unha opción que, dende o liderado cidadán e coa máxima participación, represente as políticas do cambio". Mentres o papel dos partidos se mantén na incógnita, as plataformas municipais apostan por lanzar xa o proceso e evitar acordos "de última hora" Con estas iniciativas as mareas municipais emprenden un camiño no que resta saber cal será o papel doutros axentes, como o Encontro Cidadán por unha Marea Galega -que esta pasada fin de semana avaliou o seu traballo dos últimos meses nun encontro en Vigo- e, sobre todo, o dos partidos que sustentaron En Marea. O principal foco de tensión está a ser, cando menos polo momento, a cúpula de Podemos Galicia, cuxo secretario xeral, Breogán Riobóo, abriu a porta nas últimas semanas a concorrer en solitario aos comicios galegos, opción que apoiou un grupo de militantes que non aforraron críticas ao papel preponderante das mareas municipais na campaña do 20-D. Mentres, a dirección estatal do partido, por boca de Pablo Iglesias, reiterou a aposta pola fórmula de En Marea. "As plataformas seguirán a traballar para impulsar un proceso de confluencia coa máxima participación" Mentres o papel dos partidos, que aínda acomodan as súas estruturas ao resultado do 20-D, permanece no ámbito dos interrogantes unha das consideracións preponderantes no encontro da Pobra indica que o proceso que as plataformas municipais apostan por encetar non debe ser prolongado, evitando deste xeito acordos "de última hora", e que non debe culminar nunha mera alianza de siglas. "Traballar con tempo para facer as cousas mellor", repítese mentres se planifica xa un novo encontro nun "prazo breve" pensando, precisamente, nun eventual anticipo das eleccións. "A través destes encontros -di a Marea Atlántica- as plataformas municipalistas galegas seguirán a traballar como colectivos para impulsar un proceso de confluencia coa máxima participación, liderado pola cidadanía e construído de abaixo a arriba". O modelo da formación coruñesa preséntase como guieiro á hora de elaborar programas e tamén á de elixir candidato ou candidata á Presidencia da Xunta. Este formato, din, "é preciso para xerar a ilusión e a forza necesarias para repetir os éxitos acadados polas opcións do cambio nas últimas convocatorias electorais e rachar de vez coas políticas antisociais do PP".
NOS_9705
Nas concentracións houbo críticas á falla de planificación e de medios para combater o lume, denuncias da política forestal que o PP aplica desde hai anos e mesmo peticións de demisión para Feijóo.
Rúas e prazas de máis dunha trintena de localidades galegas enchéronse na tardiña desta segunda feira coas miles de persoas que responderon á convocatoria. "Lume nunca máis" era a palabra de orde das convocatorias urxentes que se foron espallando ao longo de domingo e da propia segundo feira, a medida que o desastre provocado pola vaga de incendios ía tomando forma. De Vigo a Lugo, de Ponferrada a Cariño, foron moitas as concentracións que decorreron por toda Galiza (e mesmo alén Padornelo, como en Madrid e Catalunya), con protagonismo da xente moza. A indignación tomaba corpo ao igual que o fixera quince anos atrás, no afundimento do Prestige, para denunciar a incompetencia dos gobernos galego e español. Unha indignación que ía da man co orgullo de facer parte "dun pobo que se bota á rúa a defender o seu", en palabras do manifesto, referíndose á veciñanza que supliu unha Xunta e un Estado desaparecidos. A gran afluencia a algunhas concentracións fixo que estas derivasen en manifestacións, como en Vigo, Compostela ou Ourense. "Lumes nunca máis", "Con este goberno imos ao inferno", "Feijóo, dimisión" ou "Ence, PP a mesma merda é" foron algunhas das consignas coreadas nas diferentes manifestacións. "Lumes nunca máis", "Con este goberno imos ao inferno", "Feijóo, dimisión" ou "Ence, PP a mesma merda é", algúns dos lemas coreados Houbo críticas para coa política forestal da Xunta, para a eucaliptización, os recortes de persoal e medios. Tamén para a ausencia dos medios públicos galegos nos priemiros compases da vaga incendiara. Mesmo se tirou de retranca, como na de Ourense, para pedir a través dun cartaz "que se lle aplique á Xunta o artigo 155". Demandouse unha nova política para o monte que sente as bases para un futuro sen incendios. No manifesto incluíanse unha serie de medidas propostas polo Comité. Unha táboa de 10 puntos. Entre elas, un novo ordenamento territorial, unha nova política forestal que promova a multifuncionalidade do monte ou un novo Plano Forestal que contemple os montes como algo máis que subministradores de madeira barata. Dez medidas Incrementar os esforzos e os investimentos en prevención, planificar e desenvolver programas de rexeneración hidrolóxico-forestal nos montes queimados para evitar a perda de solo e a erosión, prohibindo a mudanza de usos e a especulación nestes terreos, son outras das propostas. Así como promover o incremento dos montes públicos e reforzar o papel das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e a profesionalizar os equipos de prevención, detección, extinción e rexeneración nos incendios. Tamén en Girona (presenza alcaldesa incluída), Barcelona e Madrid houbo concentracións solidarias con Galiza e contra os incendios forestais. Imaxes de @LemaAlberto @pgsarria @obloque @desdeoturonio
NOS_15148
A Coordenadora (Executiva) de En Marea, de maioría villarista, acordou convocar o Plenario de En Marea -equivalente a congreso ou asemblea nacional- para mediados do mes de xullo.
A nova maioría que goberna a confluencia -froito da alianza entre o sector villarista de Máis Alá, o Queremos Participar que lidera Davide Rodríguez e o Somos Quen nucleado arredor de Cerna- decidiu pór xa na axenda o novo Plenario de En Marea. Terá lugar na primeira quincena do vindeiro mes de xullo -isto é, antes do Día da Patria Galega- e abordará de fronte o grande debate aberto na plataforma, o da polémica atribución de responsabilidades no seo da Coordenadora. Nun comunicado de imprensa, En Marea afirma que no conclave se dará conta "do informe de actividade da Coordenadora", ao tempo que se oferecerá "unha rendición de contas dos grupos parlamentares e a planificación de liñas para o seguinte semestre". Mais a chave vén a seguir: "No mesmo plenario hanse debater a distribución de responsabilidades dos membros da Coordenadora e do Consello". A conformación da actual Coordenadora foi obxecto de duras obxeccións por parte dos sectores críticos a Villares, entre os que figuran Anova -agás Beiras e o grupo liderado por Davide Rodríguez-, Esquerda Unida, a Marea Atlántica de Xulio Ferreiro e as correntes de Podemos que non comungan coas teses da líder galega Carmen Santos. Villares e a súa equipa submeterán, pois, a súa proposta de distribución de responsabilidades á consideración do Plenario. No anterior conclave -decembro de 2016- a grande maioría votou a prol de que o ex xuíz non se vise afectado polo sistema de incompatibilidades e, portanto, puidese acceder á portavocía da organización. As cousas mudaron despois, dado que a lista na que se apresentou ás primarias -Máis Alá- concorreu ao proceso coa proposta de Villares non ser candidato a ese cargo. A rotura do compromiso entre o político de Lugo e os seus aliados -Villares nunca aceitou de bon grao a súa incompatibilidade- deu lugar a un reacomodamento das pezas -e das alianzas- no taboleiro da confluencia. En xullo comprobaremos no seo do Plenario que masa social ten detrás cada un dos sectores en disputa polo control da organización. O Plenario de xullo debaterá tamén os regulamentos "para os distintos ámbitos, Consello e Coordenadora, e tamén o plano de territorialización", informa En Marea no seu comunicado de imprensa.
NOS_1177
A estrea do Ribadumia ante o poderoso Cádiz foi do máis doce a pesar da derrota (0-2)
Fernando Vázquez pretendía empregar este encontro de primeira fase da Copa do Rei entre o Dépor e o modestísimo Club Deportivo El Ejido para, tal e como afirmaba na previa, "reanimar non só o equipo, senón tamén a afección" despois da dolorosa derrota ante o Celta B o pasado domingo. Non obstante, a realidade esnaquizou os plans do técnico de Castrofeito, e a pesar de conseguir superar a eliminatoria, a pírrica vitoria por 1-0 ante un rival teoricamente moi inferior e, o que é peor, o paupérrimo nivel de xogo branquiazul e as pésimas sensacións que sobre o campo transmitiron os seus pupilos non fan senón acrecentar esa sensación de opresión, de crise perpetua na que o Dépor parece levar instalado non xa desde o descenso a Segunda B, senón durante os últimos dez anos. Vázquez dispuxo un once inicial moi semellante ao que habitualmente emprega na Liga, sendo a principal novidade o único home que sae reforzado deste encontro, Lucho García, habitual porteiro suplente e máximo responsábel coas súas paradas de que o Deportivo conseguise superar este primeiro chanzo na Copa. Con permiso do árbitro, claro, que a pesar de expulsar -de modo totalmente xusto- o local Borja Granero no minuto 35 após agarrar infantilmente o dianteiro Ion Etxaniz logo dun dos numerosos erros defensivos da zaga branquiazul, anulou dous goles totalmente legais do propio Etxaniz e de Sergio Pérez para o Club Deportivo El Ejido. A derrota non amarga o debut do Ribadumia O Clube Deportivo Ribadumia viviu hoxe o día máis importante nos seus 51 anos de historia, pois estreouse na Copa do Rei e ante o Cádiz, considerado o equipo revelación da Liga na Primeira División. Como era previsíbel, os de Luís Carro caeron eliminados (0-2), pero fixérono coa máxima dignidade, xogando sen ningún medo, mantendo a portaría a cero até o minuto 33 e chegando a ter o empate nunha maxistral volea de Cheri que marchou fóra por moi pouco. Pola súa banda, o Compostela non puido comezar peor o seu choque contra o Ibiza, pois no minuto seis xa estaba por detrás no marcador, pero Óscar Conde axiña anotou (minuto 20) para estabelecer un empate que se prolongou até o final do partido, obrigando a disputar a prórroga no momento de feche desta edición, tempo no que o Pontevedra-Cartagena se atopaba no tempo de descanso con vantaxe (1-0) para os galegos. Ademais, o Celta preparabase para saltar ao céspede do Carlos Tartiere de Oviedo para enfrontarse coa Unión Deportiva Llanera co recuperado Emre Mor como gran novidade no once inicial.
NOS_17487
Adega advirte que o parque eólico Nordés foi admitido a trámite após se decretar a moratoria e insta o Goberno de Pedro Sánchez a rexeitar este e outros proxectos en augas galegas até que o sector conte cun marco normativo propio.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco) decretou en xuño de 2021 unha moratoria aos novos proxectos de eólica mariña "até a aprobación polo Goberno dun novo marco normativo para as instalacións de xeración de enerxía eléctrica no mar territorial". Así o expón o real decreto-lei 12/2021, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 25 de xuño. Porén, segundo consta no seu propio portal de transparencia, o Miteco admitiu a trámite o 30 de novembro de 2021 —e iniciou a fase de consultas o 24 de xaneiro deste mesmo ano— o parque eólico Nordés, impulsado por unha firma madrileña e coa previsión de instalar na costa galega 80 aeroxeradores que reunirían unha potencia total de 1,2 xigawatts (XW). A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) denunciou esta terza feira esta cuestión, advertindo que o Estado está a incumprir "a súa propia moratoria". "O desenvolvemento da enerxía eólica mariña no Estado español carece dunha planificación propia. Só o real decreto 1028/2007 estabelece os requisitos administrativos, mais non existe unha regulamentación sectorial propia que fixe as áreas aptas, as condicións de desenvolvemento, ou os criterios de exclusión. Unicamente no POEM (Plano de Ordenamento do Espazo Marítimo), aínda en tramitación, hai referencias, entre moitas outras actividades, ao desenvolvemento da eólica mariña", lamenta Adega. Precisamente a tramitación do POEM suscitou as críticas do sector pesqueiro, xa que o citado plan estabelece sete zonas de uso prioritario para diferentes actividades, entre as que se atopa a eólica mariña mais non a pesca. "Aínda que o texto da disposición adicional terceira pola que se estabelecía dita moratoria foi modificado posteriormente para incluir excepcións (apartado 3), o parque Nordés non cumpre os requisitos, xa que non conta con autorización previa nin é unha instalación de investigación", engade o colectivo ecoloxista, nun comunicado de prensa. En consecuencia, Adega insta o Estado a que "desbote tramitar esta e outras instalacións eólicas no mar da Galiza, en cumprimento das súas propias normas, até que non se aprobe un marco normativo específico para o sector". En caso contrario, salientan os ambientalistas, estaríase a "lexitimar o filibusterismo eólico e consolidar unha desregulamentación de facto, como ten feito Alberto Núñez Feixoo na Galiza coa eólica terrestre".
NOS_8282
Tres novas mortes, dúas ligadas ao surto da DomusVi de Lugo, elevan a 715 as vítimas mortais en Galiza, que nas últimas 24 horas rexistrou un total de 223 novos casos da Covid-19. Ademais, hai 237 persoas hospitalizadas, 29 destas na UCI.
A Xunta decidiu intervir a residencia de anciáns de El Pinar, en Culleredo (A Coruña), tras se detectar nas últimas horas un total de 28 contaxios de coronavirus, correspondentes a 21 usuarios ─do total de 25 alí residindo─ e 7 traballadores. A través dun comunicado, as consellarías de Sanidade e de Política Social informaron este domingo, 20 de setembro, desta decisión que busca "garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde" tanto dos residentes como dos empregados. Ademais, profesionais do Sergas xa se desprazaron até este xeriátrico co fin de realizar un seguimento médico "constante" dos usuarios, para "supervisar a correcta aplicación dos protocolos" aprobados pola Xunta e para "velar pola continuidade dunha atención sociosanitaria axeitada". A residencia do é a terceira que o Goberno galego interviu desde a entrada do país na "nova normalidade". Ademais de nesta, a Xunta tamén tivo que actuar na DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, que este domingo contabiliza 134 usuarios e 24 traballadores contaxiados; e na do Incio, que mantén 58 internos e 35 empregados infectados. Reconto de mortes Ademais, tres mortes rexistradas nas últimas horas, das que dúas están ligadas ao surto da residencia DomusVi de Lugo, elevan a 715 as vítimas mortais en Galiza diagnosticadas coa Covid desde o inicio da pandemia. En concreto, as autoridades sanitarias galegas informaron este domingo de que perderan a vida un varón de 96 anos e unha muller de 85 que estaban ingresados con coronavirus no HULA e que contaban con patoloxías previas. A muller proviña da residencia DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei. Ademais, nas últimas horas produciuse no interior de este mesmo xeriátrico o falecemento dunha persoa diagnosticada de Covid. Trátase dunha muller de 88 anos, segundo fontes da Consellaría de Política Social. Novos positivos A respecto do número de novos positivos por coronavirus, Galiza detectou nas últimas 24 horas un total de 223 novos, un descenso nos contaxios con respecto aos últimos días e, máis concretamente, unha importante baixada en relación ao sábado, cando se notificaron 281. Con todo, o número de casos activos subiu este domingo en cinco das sete áreas sanitarias en que se divide o país. Segundo o parte diario facilitado pola Consellaría de Sanidade ao medios ─mais que continúa sen actualizar desde hai días na web para a cidadanía─, as persoas curadas subiron até as 16.758, o que implica que se deu de alta outros 233 pacientes da Covid-19, segundo os últimos datos da última hora do sábado. Deste modo, os casos activos reportados este domingo descendeu en 15, polo que o total se sitúa en 4.350. En concreto, os datos de Sanidade indican que cinco das sete áreas sanitarias nacionais rexistran unha suba no número de casos activos. A que máis medra é a de Ourense, con 527 persoas contaxiadas ─18 máis que este sábado─. Tamén ascenden os casos activos en Pontevedra-O Salnés, ata 658 (7); Vigo, até 440 (9); Santiago, a 637 (11); e Ferrol, até 184 (13). No lado oposto, a área da Coruña e Cee, que continúa acumulando o maior número de casos, baixa este domingo en 45 as persoas coa Covid activa, até 1.178. Así mesmo, caen en 18 na área sanitaria de Lugo, até 726. Hospitalizacións Por último, segundo os últimos datos facilitados pola Consellaría de Sanidade, os pacientes coa Covid ingresados en hospitais da Galiza ascenderon en cinco nas últimas 24 horas, até o total de 237. A pesar desta subida, este domingo mantense en 29 o número de persoas en unidades de coidados intensivos (UCI).
PRAZA_13211
Acudirán Gonzalo Constenla e Manuel Dios, e tamén se agarda a participación do Encontro Irmandiño. A este xuntanza acudirán como representantes do Acordo de Gernika Oskar Matute de Alternatiba, Ibon Rodríguez de Aralar, Niko Moreno de Esquerda abertzale, Alberto Unamunzaga de Eusko Alkartasuna, Andoni Rojo de Gazte Independistak, Jon Garai de Herrira, Jon Bergaretxe de LAB e Iosu Zalbidea de STEE_EILAS.
Este mércores 6 de xuño terá lugar ás 17 horas no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela, unha xuntanza entre os asinantes da Declaración de Guernika e membros de Máis Galiza e Espazo Ecosocialista, que xunto con Acción Galega, hai unhas semanas veñen de sentar unhas novas bases políticas e programáticas baixo o nome de Compromiso x Galicia. Na súa representación acudirán Gonzalo Constenla e Manuel Dios, de igual xeito que tamén se agarda a participación do Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras Na súa representación acudirán Gonzalo Constenla e Manuel Dios, de igual xeito que tamén se agarda a participación do Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras. A este xuntanza acudirán como representantes do Acordo de Gernika Oskar Matute de Alternatiba, Ibon Rodríguez de Aralar, Niko Moreno de Esquerda abertzale, Alberto Unamunzaga de Eusko Alkartasuna, Andoni Rojo de Gazte Independistak, Jon Garai de Herrira, Jon Bergaretxe de LAB e Iosu Zalbidea de STEE_EILAS. Segundo o secretario de Relacións Internacionais de Máis Galiza, Gonzalo Constenla, "isto é unha primeira toma de contacto para o intercambio de impresións" e salienta que "o compromiso da Declaración de Guernika pola paz e a normalización política de Euskadi". Do mesmo xeito insiste en que "a Declaración de Guernika supuxo un acordo entre persoas e organizacións que viñan de culturas diferentes, nun esforzo de integración e xenerosidade que puxo ao país por diante de maximalismos", con "dous vectores de actuación moi claros, como son o dereito a decidir e a defensa do Estado do Benestar". As organizacións integrantes de Compromiso por Galicia aseguran manter igualmente moi boas relacións co PNV, co que xa se iniciaron contactos hai varias semanas, segundo Compromiso.
NOS_6397
Fefa Noia, a directora do Centro Dramático Galego, vén de publicar un artigo no que resposta as críticas sobre a súa xestión verquidas nunha entrevista concedida a Sermos.
Nesa entrevista publicada o pasado 11 de marzo Eduardo Alonso, que vén de ser galardoado co Premio María Casares de Honra Marisa Soto pola Asociación de Actores e actrices, arremetía así contra o CDG: "neste momento o CDG é case case -se me apuras- irrecuperable como non se tomen medidas excepcionais e se tomen moi en serio para crear unha institución de produción que permita a creación dun teatro nacional. Pero creo que non vai ser, porque non hai vontade política, que non é o único elemento, pero si é fundamental para poder tirar para adiante". O primeiro director deste Centro tamén criticou a xestión da actual directora, Fefa Noia: "Os obxectivos que ten o actual CDG son descoñecidos, non sabemos que se pretende, que proxecto hai, non temos unha fotografía de como pensan os que toman as decisións. Non nolo explicaron. Móntase unha cousa ou outra a salto de mata". Alonso acusou a Noia de non ter proxecto: "Os obxectivos que ten o actual CDG son descoñecidos, non sabemos que se pretende, que proxecto hai" Diante desas afirmacións, Noia deféndese así no artigo: "Di o señor Alonso que non teño proxecto para o CDG. Por suposto teño un proxecto para o Centro Dramático Galego, de feito era un dos requisitos imprescindibles para presentar candidatura á dirección da devandita institución. Teño polo tanto un proxecto presentado, avaliado e aprobado por un tribunal sobre outros proxectos (...)". E continúa: "Non se atopan solucións dando puñadas en mesas, portadas despois de berrar un par de verdades (por moi verdadeiras que sexan) ou abandonando proxectos artísticos, a pesar das dificultades que poidan xurdir no camiño. Talvez non sexa esta a postura máis popular, pero creo firmemente que a única forma de buscar solucións é traballando día a día e non desistindo no empeño, sabendo que de cada dous pasos que deamos adiante teremos que retroceder un". Noia deféndese: "Tendo recoñecido na mesma entrevista que a súa compañía non se atopa no lugar que el tería desexado, por que non decidiu dimitir el da actividade coa súa compañía hai tempo?" Noia remata por personalizar sobre o director de Teatro do Noroeste. "E creo que o señor Alonso non só o sabe, senón que o practica. El mesmo tense dedicado á busca de camiños posibles para o teatro galego, vendo e sabendo que algúns dos muros que lograra derrubar se ían construír de novo, en ocasións incluso con nocturnidade e aleivosía". E diante da petición de demisión noutro medio, Noia retruca: "Non podo deixar de preguntarme: se el tivera demitido de ter sido eu por considerar que non podía levar a cabo o meu proxecto artístico (logo finalmente si teño proxecto), e tendo recoñecido na mesma entrevista que a súa compañía non se atopa no lugar que el tería desexado, por que non decidiu dimitir el da actividade coa súa compañía hai tempo? Talvez sexa porque, coma min, pensa que é mellor seguir facendo mentres se tratan de cambiar as circunstancias, que permanecer paralizado ou abandonar os nosos propósitos".
NOS_18410
Entrevistamos un dos pallasos máis coñecidos e recoñecidos nas funcións de circo que acollen as rúas da Galiza. E falamos un pouco de todo: das orixes na maxia, da chungatrona, do pobo palestiniano, da risa, da lingua... da desobediencia.
Aproveitamos o sol da fin de semana para viaxar até o país do Nunca Máis. Alí reside Isaac Rodríguez, un tipo chungo, chungo, ke te cagas. Di que é punk e faise chamar Peter. Con moito tino, achegámonos a el. Iso do 'chungo, chungo, ke te cagas'... é só para meter medo, non si? [risas] Tes razón. Nada é tan chungo. Esa é a miña maneira de reinventar a frase clásica do 'máis difícil aínda'. Como son un punk digo 'chungo, chungo ke te cagas'. E vostede gosta das crianzas? Dígame a verdade... Eu? Siiii! Sempre tiven moi boa man cos nenos. Porén, nos espectáculos de rúa hai moita enerxía e a xente está moi espectante. Esperan que os integres na función e a ti non se che pode escapar nada! Pode meterse polo medio calquera cousa: un can... a policía... [ri] "A esencia do pallaso está nos nenos. E nos borrachos. E nos tolos. En todas as persoas que non teñen medo" O bonito de traballar con nenos é que a esa idade todos somos un pouco kamikazes, non lle temos medo a nada. Eles están dispostos a participar en todo! Despois, de adultos, temos medo de cousas que moitas veces nin existen. Mais si, eu gosto moito dos nenos. Creo que a esencia do pallaso está neles. E nos borrachos. E nos tolos. En todas as persoas que non teñen medo. Foi esa enerxía da rúa a que o levou a se afastar das táboas? De pequeno non pensei nunca niso de 'quero ser actor' ou 'quero ser pallaso'. Facía teatro no instituto, iso si. E lembra a súa primeira función? Pois aínda o outro día estiven a intentar recordalo! Tería eu once anos ou así cando fixen a colección por fascículos de El mundo mágico de Tamariz. O primeiro espectáculo fíxeno daquela na aula do meu irmán mediano. El tiña seis anos. E despois repetín na festa do seu aniversario. Foron dúas funcións de maxia. Peter Punk é un pallaso comprometido. É, si. Empecei traballando con crianzas, mais chegou un momento en que quixen dar o paso para enganchar tamén o público adulto. E decidín facelo mudando o público, non o espectáculo. Por iso digo 'o neno calvo' ou 'o neno do bigote', para que tamén se sintan crianzas. Decateime de que desde a perspectiva dun pallaso tamén se poden mudar cousas, facer algo, manter un compromiso. "Non oculto a implicación política. Gosto de que a haxa" Estou certo de que non todos os rebeldes son pallasos, mais todos os pallasos teñen algo de rebeldes. Botar man da burla, do ridículo, da risa... mais sempre desde o respecto e desde un punto de vista humano. Por iso non oculto a implicación política. Gosto de que a haxa. Desde o momento en que podemos rir porque alguén cae dunha cadeira podemos rir de todo: da relixión, da monarquía e sobre todo dunha clase política que é, en xeral, moi seria [ri] Quero preguntarlle por un símbolo da súa escenografía: a bandeira palestiniana. Si, colócoa sempre na chungatrona [para quen nunca gozase dun espectáculo de Peter Punk, a chungatrona é o seu último xoguete: unha máquina que simula unha cadeira de execucións e que garda tras de si doces e húmidas sorpresas. Non debemos dicir máis nada] Fixen parte da primeira caravana de Pallasos en Rebeldía que se desprazou a Palestina para coñecer sobre o terreo a vida deste pobo. Estando en Belén, Iván Prado [o fundador de Pallasos en Rebeldía] decidíu levar alí o Festiclown e o anceio tornouse realidade en 2011, cando se fixo nos territorios ocupados o primeiro festival internacional de pallasos do mundo árabe. Que atopou alí? Resúmocho nunha frase que nos dicía un campesiño: vivir alí é unha resistencia. Erguerse pola mañá é resistir, xogar é resistir. O muro da vergoña obriga a que, para ires ao teu traballo, se antes tardaban quince minutos agora tardes catro horas e pasando por unha manchea de check-points. E todo iso contando coa nosa facilitade ao dispor dun pasaporte europeo. O estado de Israel fai a vida imposible en Palestina. A súa cadela, Gaza, bautizouna antes ou despois desta experiencia? [risas] Como sabes iso? Dicían que era vostede tan 'chungo' que me informei ben... [ri] Pois bauticeina despois. Sempre me andou na cabeza que o día que tivese unha cadela lle chamaría Gaza ou Cuba. Porén, un amigo meu adiantouse e púxolle Cuba á súa, así que eu chameille á miña Gaza. Ten no seu haber unha boa rastra de premios, o derradeiro colleitado en maio no Certame intergaláctico do Festiclown 2.0 multisede, realizado na cidade de Rivas-Vaciamadrid. Cal é o recoñecemento que máis valora? Pois soará a tópico, mais son os aplausos do público. Ou, mellor aínda que os aplausos, os seus risos. Nunha aldea pequena na Fonsagrada, en Negreira de Muñiz ou na Ribeira de Piquín ou nunha función multitudinaria nunha cidade como pode ser Vigo, o que me enche é sempre o mesmo: que o pasen ben, que ao rematar a función se acheguen e me digan 'vinte dúas, tres, catro veces e aínda sigo a rir contigo'. E ouvir por aí o do 'chungo, chungo ke te cagas'. Iso tamén me enche [ri] "O que me enche é sempre o mesmo: que o pasen ben, que ao rematar a función se acheguen e me digan 'vinte dúas, tres, catro veces e aínda sigo a rir contigo'" Pensei que nunha entrevista cun pallaso debía facer unha pregunta de risa. Aí vai: recibe apoio institucional? [risas] Traballo con Culturactiva [unha cooperativa cultural galega] e son eles os que se encargan das relacións institucionais. Eu con esas cousas teño, máis ben, conflito. Sigo ao pé da letra os dez mandamentos do pallaso arxentino Chacovachi e un deles, acho que o décimo, di que "sempre serás politicamente incorrecto". Agora mesmo estamos mergullados nunha xira da Xunta e relacionada coa dinamización lingüística. Non vou dicir que non fagan falta estas cousas. Son moi importantes. Mais é igual de importante manter unha coherencia coas políticas que se implementan ao redor da nosa lingua e teño entendido que, desa pata, a mesa coxea. Namentres me fala estou a contar as veces que o vin actuar. Foron polo menos cinco, e aínda sigo a rir con vostede. Obrigada por esta conversa.
NOS_7199
A peza escrita por Manuel María sobre os acontecementos da revolución galega de 1846 representarase este sábado, con entrada de balde, por veciños de Carral.
Este sábado, 22 de outubro, ás 19 horas, representarase no auditorio do Centro Ágora, Acoruña, a peza teatral escrita por Manuel María en 1974, Abril de lume e ferro. A actividade enmárcase nas iniciativas que a Casa-Museo Manuel María ao longo deste ano en diferentes lugares de Galiza. A obra, que é de entrada libre até completar capacidade, recrea os acontecementos que supuxeron o levantamento liberal e galego de 1846 e que remataron co fusilamento dos oficiais sublevados na fraga do Rei (Carral). A dramatización teatral será levada a cabo pola compañía da Asociación de teatro e cultura "Abril de lume e ferro", composta por veciñas e veciños de Carral, que vén representando de maneira continuada, desde hai máis de vinte anos, este exto. Manuel María consciente do valor didáctico do teatro e da súa capacidade de intervención, escribiu ao longo da súa vida 36 obras de moi distinto formato (farsas, autos, obras infantís…) e de temática moi diferente, na que hai que salientar a ficcionalización dramática de acontecementos e procesos fundamentais da historia de Galiza, como Abril de lume e ferro.
NOS_1125
A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo feminismo e en repulsa da violencia machista en diversas localidades galegas.
A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo feminismo e en repulsa da violencia machista en diversas localidades galegas. A convocatoria ten lugar con motivo do asasinato dunha muller e o intento de secuestro do seu neto por parte da ex parella da súa filla. A relación das concentracións é a seguinte. Todas elas terán lugar esta cuarta feira 23 de agosto ás 20:00 h. Ourense, na Castañeira Ferrol, diante do Concello A Coruña, Obelisco Santiago de Compostela, Praza 8 de marzo Pontevedra, diante da Audiencia Vigo, no Marco Lugo, diante do Concello Marín, diante do Concello Bertamiráns, praza da Maía
NOS_11251
Dan Torrance (Ewan McGregor) trata de afogar na bebida os recordos do acontecido no Hotel Overlook cando era cativo. Após chegar unha pequena vila é acollido por unha comunidade que o axuda a deixar o alcoholismo. Pronto recupera o "resplandor" e comeza unha conexión psíquica cunha nena que semella ter máis poder que el. Isto chama a atención dun grupo de seres escuros que se alimentan das almas da xente que resplandece...
Esperada secuela de O resplandor dirixida por Mike Flannagan (Ouija: a orixe do mal), cineasta especializado no xénero de pantasmas e de medo, creador da aclamada serie de terror A maldición de Hill House (emitida na plataforma Netflix), pero cun historial ás costas que se antolla insuficiente para afrontar a tamaña empresa de continuar unha das máis grandes obras mestras do cinema en xeral, e do xénero de terror en particular. Adapta a novela homónima que Stephen King escribiu en 2013 e que viña "explicar" o que pasou con Danny Torrance cando se fixo maior. Flannagan tiña que decidir se continuaba no punto onde remataba a novela de King ou onde remataba o filme de Kubrick pois, lembremos, remataban de maneira distinta. Optou polo segundo. Non era lóxico deixar pasar a oportunidade de aproveitar a nostalxia dun público ansioso por ver o Hotel Overlook en pé e cos decorados intactos. Tal e como pasara coa secuela de Blade Runner, emprender unha continuación cinematográfica deste calibre supón soportar a terríbel presión de milleiros de cinéfilos e cinéfilas aos que vai ser bastante doado decepcionar. Pero Doutor Soño xoga noutra liga. Conscientes que era imposíbel superar, ou igualar, o feito por Kubrick, simplemente decidiron homenaxealo con algunhas escenas realizadas de maneira premeditadamente idéntica, tratando, á vez, de satisfacer ese público ansioso por presenciar algún escintileo de O resplandor. Dan Torrance –antes Danny– xa ten barba e unha constante de bares, mulleres diferentes cada noite e resacas polas mañás. Unha forma de vida que mantén a raia as súas lembranzas sobre o seu pai e o acontecido no Hotel Overlook cando era unha crianza. Un día decide cambiar de vida. Colle un autobús e acaba nunha pequena vila onde o acollen cos brazos abertos. Ao tempo que recupera a sobriedade os seus poderes renacen con forza. Comeza entón unha amizade psíquica con Abra Stone, unha nena que está a centos de quilómetros de distancia. Pronto chamarán a atención dun grupo chamado O Nu Verdadeiro, unha panda de bruxos escuros e meigas ancestrais que se alimentan de seres de luz con poderes como os que teñen Dan e Abra. O universo Stephen King queda perfectamente plasmado nunha historia con reminiscencias ao Cazador de Soños, It ou A torre escura, pero tamén a filmes como Os viaxeiros da noite (1987, Kathryn Bigelow) ou O sexto sentido (1999, M. Night Shyamalan). En Doutor Soño o terror, que o hai, queda bastante diluído dentro dunha trama chea de intriga, suspense e fantasía sobrenatural aderezada con pantasmas e seres míticos que, curiosamente, teñen bastantes puntos en común aos seres que habitan nas supersticións e lendas da Galiza. Unha digna secuela na que destaca a atmosfera creada e a exposición das regras sobrenaturais do xogo. Agradécese tamén o intento por facer algo diferente, o cal choca coa reiterada insistencia final por empatar planos, secuencias e lugares que homenaxean O resplandor de Kubrick. Haberá quen lle guste pero Spielberg xa fixo o propio fai ben pouco, e con excelentes resultados, dentro da "cyberspace ópera" Ready Player One. A sensación final con Doutor Soño é parecida á de ir un concerto do teu grupo musical favorito que está de xira para presentar o seu último disco. Ti vas igual porque é o teu grupo favorito, pero o que realmente queres é escoitar as cancións que máis che molan. Comezan cun "grandes éxitos" pero o groso do concerto son cancións novas do novo disco e só tocan as máis famosas ao final, nos bises. Iso si, non as tocan "coma sempre" porque xa están fartos de tocalas e fanlles uns arranxos que provocan que semellen outras cancións. Saes do concerto algo decepcionado comentando que o grupo estivo xenial xusto nas cancións do medio que non coñecías tanto... Pois así é Doutor Soño. O bo está no medio. Doctor Sleep (EUA 2019, 151 min.) Dirección e guión: Mike Flanagan Fotografía: Michael Fimognari Música: The Newton Brothers Elenco: Ewan McGregor, Rebecca Ferguson, Kyliegh Curran, Zahn McClarnon, Carl Lumbly, Carel Struycken, Emily Alyn Lind, Bruce Greenwood, Alex Essoe, Catherine Parker, Robert Longstreet, Zackary Momoh, Jocelyn Donahue, Selena Anduze, Jacob Tremblay, Henry Thomas, Met Clark, Dakota Hickman, Roger Dale Floyd
NOS_33884
A que foi segunda entidade en Galiza desaparece após case 250 anos de existencia, engulida polo Banco Santander. O Banco Pastor fica sen ficha bancaria propia nin sede social no país, reducido a unha simple marca comercial que tamén desaparecerá. Rosa Conde, delegada da CIG, advirte das consecuencias laborais, económicas e sociais desta desaparición.
- É a fin do Banco Pastor? - Iso é o que parece, o que se desprende do que nos di o Banco Santander. Oficialmente comunícannos que proceden a un proceso de integración xurídica. Nunha primeira fase, absorción do Pastor polo Popular e nunha segunda, do Popular polo Santander. Iso vai supor a desaparición do Pastor como tal, fica sen ficha bancaria. - Queda só como marca… - No seu momento, cando o Popular mercou o Pastor, tamén fixo así porque xuridicamente tíñao que facer. Posteriormente o Popular segregou parte dos seus activos e volveu constituír o Banco Pastor cunha nova ficha bancaria… - Non semella que iso vaia ser o que faga o Santander.. Non parece. Nós entendemos que a decisión de poñer fin ao Pastor vai ser prexudicial desde moitos puntos de vista. O laboral, o primeiro, manter o Pastor sería moi importante para preservar o maior número de empregos. Se imos cara á desaparición da ficha do Pastor evidentemente a duplicidade vai implicar unha reestruturación brutal. O propio Santander fala de que cando finalice a integración xurídica e a integración operativa abordará o que considera unha necesaria reestruturación. Cando o Santander comprou o Popular-Pastor, Feixóo comprometeuse a facer xestións coa dirección do Santander para que mantivesen o Pastor, que respectasen os postos de traballo en Galiza e que se mantivese a política de apoio ao tecido produtivo galego. Agora queremos saber se realmente fixo algo. - Que supón a fin do Pastor para a economía galega? - Entendemos que é unha moi mala noticia para a economía e o tecido produtivo de Galiza. As decisións sobre operacións a facer aquí vanse a tomar en Madrid, coa perspectiva que iso implica, de falta de proximidade e de coñecemento da nosa realidade. De manter a filial, iso permite unha estrutura propia no territorio que coñece esa realidade e as decisións que se adoptasen serían máis axeitadas. - A fin do Banco Pastor pon un cravo máis no ataúde do sistema financeiro galego… Efectivamente. Abanca é o que é, está implantada en Galiza mais é dun grupo venezuelano e ten a vocación que ten. O Pastor era como o último reduto. Ademais, o Banco Popular [adqueriu o Pastor en 2011] decidira hai un ano apostar pola filial do Pastor: en Galiza o número de oficinas do Popular ía ficar reducido a cinco. Quería que a marca do grupo en Galiza fose a do Pastor, porque tiña cota de mercado estábel, coñecemento, respecto, unha historia e unha traxectoria. Pero chegou o Santander, comprou o Popular-Pastor e todo este proceso parouse. - Esta semana instastes a un pronunciamento do goberno galego sobre o que está a pasar co Pastor. Reunímonos cos grupos parlamentares para que pregunten ao goberno galego e este diga se fixo algunha xestión, tal e como prometeu no seu día. En xullo pasado, cando o Santander comprou o Popular-Pastor, o propio Núñez Feixóo comprometeuse a facer xestións e falar coa dirección do Santander para que mantivesen o Pastor, que respectasen os postos de traballo en Galiza e que se mantivese a política de apoio ao tecido produtivo galego. Agora queremos saber se realmente fixo algo, se houbo esas xestións, porque polo que vemos agora se as fixo ese resultado non foi moi positivo. O goberno galego debe responder pola desaparición do Pastor. Queremos saber cal foi a mediación, se a houbo, do goberno da Xunta en todo este tema. E queremos saber cal vai ser o papel tamén na fase que comeza agora: Van facer de mediadores? Van facer algún tipo de acción para que na medida do posíbel non haxa perda de postos de traballo? Estamos falando de 2.300 empregos directos en Galiza do grupo, dos cales 1.300 son do Pastor. - Tamén se está agora no proceso de homolxenización entre os traballadores e traballadoras das tres marcas, Santander, Popular e Pastor… - En principio agardamos que o banco expoña esta sexta feira, nunha xuntanza en Madrid, cal é a súa proposta e cal son as liñas que van definir o marco da negociación.
NOS_24300
Os datos da consellaría de Sanidade sinalan 32 persoas feridadas en estado crítico e 4 na sección pediátrica. 95 persoas están aínda ingresadas.
A Consellaría de Sanidade fixo públicos os datos de persoas feridas que falan de 178 pacientes evacuados dos que 95 continuarían ingresadosa ás dúas da tarde deste día 25 de xullo, dezasete horas despois do sinistro. Delas, 32 estarían en estado crítico, con 4 en pediatría. O balance de mortos oficial continúa a ser de 79 víctimas mortais.
PRAZA_13050
Este mércores comezará o IX Festival de Cans. Aproveitando a ocasión, Praza reúne tres directores de festivais para realizar unha radiografía da situación actual das mostras en Galicia. Alfonso Pato, coordinador do Festival de Cans; José Luis Losa, director de Cineuropa, e Martin Pawley, responsable do Ciencia e Cinema da Coruña, reflexionan neste encontro sobre a natureza dos festivais, as súas dificultades e, tamén, da crise.
Este mércores comezará o IX Festival de Cans. Aproveitando a ocasión deste senlleiro certame audiovisual, Praza reúne a varios directores de festivais para realizar unha radiografía da situación actual que atravesan as mostras en Galicia. Alfonso Pato, coordinador do Festival de Cans; José Luis Losa, director de Cineuropa, e Martin Pawley, responsable do Ciencia e Cinema da Coruña, reflexionan neste encontro sobre a natureza dos festivais, as súas dificultades e, tamén, da crise. A política audiovisual da Xunta de Galicia, ou a súa ausencia, resulta moi criticada. Anunciouse a liquidación do Consorcio do Audiovisual e será Fasero, director da Agadic, quen se poña ao outro lado da agardada ventanilla única. Que repercusión teñen estas circunstancias nos festivais de cine? Martin Pawley: Iso será un tema para a próxima lexislatura. Se realmente hai adianto electoral para outono, como resulta probable, non van ter tempo fisicamente para facer nada. É absurdo facer a ventanilla única en setembro se en outubro vai haber eleccións. Realmente farán o que levan tres anos facendo: disimular máis ou menos, atendendo chamadas e intentando solucionar os marróns que chegan á prensa. O modelo perfecto, no eido dos festivais, foi o que se realizou dous anos durante o bipartito: unha convocatoria pública cunha comisión que valore proxectos ao que se presente libremente calquera e no que se repartan os cartos segundo os criterios e listo. O que hai agora, ese modelo que depende de quen te atopes detrás dunha porta, que hai máis ou menos cartos e no que todo se pode supeditar a unhas determinadas simpatías... Iso... Iso é unha chafallada. Alfonso Pato: O gran problema do festivais, fóra das cuestións de vontade, é a ausencia dunha dotación específica. Se falamos de festivais musicais ou de artes escénicas, si que sabes cales son as partidas. No Parlamento de Galicia aprobouse por unanimidade crear unha partida de dotación económica destinada para os festivais de cine. E aí quedou. Realmente todo vai quedar para a próxima lexislatura, como di Pawley. E, francamente, no audiovisual sempre escoitamos aquilo de "dentro de dous meses". E levamos catro anos escoitando iso de "dous meses". Din: "Arránxase en dous meses", pero logo non hai un peso. Ese é un discurso que podía valer hai dous anos. Agora? Penso que non. Se non hai un peso, díganme vostedes cales son as políticas audiovisuais para tirar para adiante cando non hai un peso? José Luís Losa: Penso que en Galicia nos afixemos todos a ser autosuficientes. Non hai axudas e, agás o caso concreto do Festival de Ourense, o resto dos festivais van ter lugar. Todos nos buscamos a vida. Logo non hai unha dependencia absoluta á administración? Os festivais buscaron reducir a dependencia da administración para evitar desaparecer? "Preguntarse se os festivais dependen da administracións é como preguntarse se as bibliotecas dependen da administración" Pawley: A inmensa maioría dos festivais -en Galicia, en España e no mundo- dependen das administracións. É impensable que se fagan sen eles. E resulta lóxico. Para que están as administracións se non é para apoiar a difusión e a creación cultural? Preguntarse se os festivais dependen da administracións é como preguntarse se as bibliotecas dependen da administración. Hai bibliotecas que dependan en exclusiva dun investimento privado? Non, e é normal. As bibliotecas son ferramentas imprescindibles do sistema do libro e da lectura. Pois os festivais son unha ferramenta imprescindible dentro do sistema audiovisual. Pato: Pawley fala da importancia dos festivais e Losa da autosuficiencia. No caso de Cans, intentamos cada ano depender menos da administración. A autosuficiencia sería perfecta, encantaríanos ser totalmente independentes... Pero creo que a obriga da administración é ter unha responsabilidade no proceso de creación e no cumprimento do círculo da creación. Se dás axudas ao talento, as películas que as reciban precisan dunha distribución e dunha exhibición. Os festivais entran aí e dánlles visibilidade. A administración debe ter unha responsabilidade, pero coido que carecen todas elas da conciencia do que realmente é un festival. Iso é máis grave que calquera recorte. Non saben que é un festival e nin entenden a súa rendibilidade social e cultural. "Nos despachos recíbente coas tesoiras na mesa. Antes de comezar a conversa, antes de dicir "boas tardes", xa che soltan que non hai un peso" Losa: Sobre a autosuficiencia, eu non quería dicir que estivese a favor diso, estaba a verificar un feito. Obviamente non é a situación que debería ser. Pero, nesta mesa, estamos tres festivais que seguen coa súa traxectoria, que seguen adiante neste clima. Logo hai que ter moi claro iso que di Alfonso, que todo é unha cadea. Non ten sentido que deas axudas se non hai onde ver esas películas axudadas. E se non hai axudas, non hai películas e os festivais non teñen qué amosar. Hai un diálogo beneficioso para todos nun festival. O Festival aliméntase das producións e os autores teñen a oportunidade de visibilizar as súas producións. Os festivais cobren, por un lado, carencias para os creadores galegos e, polo outro, están os contidos. O festival é fundamental para que a obra chegue e se poida ver. Resulta fácil explicarlles ás administracións ao que Alfonso Pato se refire como conciencia de festival? Enténdese que é un festival nos despachos? Pato: De entrada, nos despachos recíbente coas tesoiras na mesa. Antes de comezar a conversa, antes de dicir "boas tardes", xa che soltan que non hai un peso. Entón tes que redirixir a conversa, explicar que é o festival, neste caso Cans, que significa, que ten que ver. Tes que explicarlles todo e claro... E acabas por preguntar ao que tes enfronte: "Mira, cantas horas dedicas a cada festival? Dez?" Ou sexa que perden moitísimo tempo cando podían sacar unhas axudas. Se o fixesen, non terían nin que vernos as caras nin nós pasar por alí. Presentas simplemente unhas axudas, repartes segundo uns criterios e listo. E despois tamén hai que ter claro que hai un feixe de recursos que non teñen que ver cos cartos. Pawley: Hai moitísimas cousas: cesión de espazos, implicación dos organismos de turismo, acordos coa hostalería que poden ser de moita axuda. Non é só diñeiro! Logo hai outra cuestión. Non só os políticos non entenden o que é un festival. Tampouco o entenden moitos espectadores nin a prensa. Que achega un festival? Unha programación con criterio, unha serie de posibilidades, encontros cos directores e unha morea de actividades diferentes. Moitos deben pensar que un festival de cine non é máis ca unha festa na que se ven unhas peliculiñas, se beben unhas copas e xa está. "Non só os políticos non entenden o que é un festival. Tampouco o entenden moitos espectadores nin a prensa. Moitos deben pensar que un festival de cine non é máis ca unha festa na que se ven unhas peliculiñas, se beben unhas copas e xa está" Pato: Nós en Cans dedicamos moitas horas a reformularnos. Nós nacemos coma un chiste, pero medramos moitísimo. E loitamos sempre para que a broma non quede por riba dos contidos. Buscas cousas inéditas, esfórzaste en programar e que no periódico non quede todo reducido ao chimpín, á nota de cor e ás cervexas nos cortellos. Temos que traballar niso e hai moitos festivais que nunca buscaron formar un espectador activo. E non falo só dos festivais de cine, tamén das feiras do libro que manteñen unha idea radicalmente decimonónica. Iso hai que cambialo e falo da cultural en xeral. Precisamos unha fonda revisión próxima á performance para procurar un espectador activo. Losa: Sen chegar á performance, estou de acordo co que dicides. Cando queres buscar esa interactividade do público cos directores, por poñer un exemplo, atopas un duplo problema. O primeiro é o orzamentario. Chegas ao absurdos de que se queres traer o director, xa non podes traer a película. E iso loxicamente non ten sentido. Por exemplo, se traio a Sokurov de Rusia, xa traes oito película menos. E logo na prensa, só tes un breve. E iso con sorte. Tes que buscar un equilibro. Estou de acordo en que o festival ten que ser ese foro no que se enriqueza todo con coloquios, con encontros cos autores, etc. Parece que nestes momentos de crise, os festivais vanse mantendo coa súa personalidade. É dicir, cunha marca determinada. En Galicia, o que periga é o de Ourense, que seguramente nunca definiu claramente que tipo de festival é. Cineuropa ten ese carácter de festival de festivais, de exhibición e non competitivo. Play-Doc céntrase no documental, Ciencia e Cinema amosa esa relación entre a sétima arte e a ciencia, Cans creou unha marca senlleira, Curtocircuíto segue a liña das curtas... A personalidade, a marca, resulta esencial para a supervivencia? "Se traio a Sokurov de Rusia, xa traes oito película menos. E logo na prensa, só tes un breve. E iso con sorte. Tes que buscar un equilibro" Losa: Resulta fundamental. Estamos falando, creo que falo en nome dos tres, duns festivais que teñen uns orzamentos que se achegan a cero. En Cineuropa non gastamos nada en publicidade. A xente xa está preguntando semanas antes cando vai comezar. E nós só presentamos uns días antes o festival. A marca Cineuropa ten un atractivo e unha fidelización, que é produto do tempo e da busca de coherencia. Fidelizar é moi importante. Pato: No noso caso temos unha serie de características propias e moitas veces nos preguntaban os xornalistas: "Canta xente pensades recibir?" Mira, isto non se trata de bater marcas, non é a festa dos callos! Houbo que marcar unha separación, marcar un terreo, porque no mundo rural están moi presentes a verbena e a festa dos callos. Marcar ese territorio leva tempo. Nós sempre queremos amosar algo diferente, algo inédito. Cineuropa ten ese tema de buscar ser o máis fresco do fresco deser ano. Nós tamén, pero coa produción de aquí, que é máis limitada. Tes que reinventarte e por iso este ano, por exemplo, miraremos de preto as webseries que van xurdindo. "Programar un festival en Galicia é moi fácil, porque aquí non chega case nada. Hai centos, milleiros de películas que programar porque nunca van chegar" Pawley: Eu son escéptico neste sentido. Ao final, os festivais dependen sempre de que haxa unha vontade política de querer mantelos. En España hai exemplos moi recentes de festivais, que tiñan un criterio magnífico e un prestixio consolidado. Xixón quedou descabezado sen Cienfuegos. O Punto de Vista de Pamplona? Pois non se sabe que vai pasar con el. Vén de rematar o DocumentaMadrid, e ninguén dixo que se ía celebrar o ano que vén. Están a caer festivais cun perfil moi notable. O festival Ciencia e Cinema cada ano ten menos orzamento que o anterior. Iso dáche moita liberdade, programamos o que queremos. Movémonos a unha escala moi pequena e ninguén vai dicir: "Oh! Pero non hai multitudes nas portas!". Se queres multitudes, dáme ferramentas para facelo. Díxeno moitas veces e criticáronme por iso: Programar un festival en Galicia é moi fácil, porque aquí non chega case nada. Hai centos, milleiros de películas que programar porque nunca van chegar.
NOS_27004
Cinco días de "world music", máis de 2.600 persoas de máis de 100 países, 270 stand, 300 músic@s... presentámosche os "imprescindíbeis" nas cifras do Womex. Comeza esta quarta feira e prolongarase até o domingo.
A XX edición de Womex trae a Compostela cinco días enteiros de "world music" que se traduce en cifras que se deixarán notar na capital da nación. 2.600 persoas de máis de 100 países non pasan desapercibidas por moita peregrinaxe que chegue no fin do camiño, 300 músicos de 40 países, arredor de 300 xornalistas e 270 stands instalados na Cidade da Cultura, sede da exposición que se desenvolverá de 2 a 26 de outubro. Á marxe da programación pechada para profesionais participantes na feira, Womex ábrese ás amantes da música nas noites de 23, 24 e 25 de outubro nas que se desenvolverán en distintos espazos 45 concertos de música de distintas partes do mundo, alén tamén de proxeccións de cinema no CGAC. Para aproveitar que unha música con circuítos específicos chega en pleno ao noso pais, figuras con carreiras consolidadas mais aínda non en exceso coñecidos internacionalmente, interesámonos polos nomes imprescindíbeis, eses que cómpre ir marcando na axenda para poder escoitalos ao vivo nesta oportunidade única. Son estes mais poderían ser outros xa que a diversidade é a marca do Womex: 1.- A nosa "parroquia" musical: A música galega está en Womex, un gran escaparate que pode ser tamén unha plataforma de promoción para os convidados ao programa. Asistir aos concertos de Uxía, Davide Salvado e Germán Díaz en escenarios internacionais é unha boa posibilidade para comprobar como a nosa música "dá o tamaño" no mundo. 2.- Ed Mota (Brasil): Soul, funk e jazz desde Brasil cun dos máis prestixiosos talentos da música carioca dos nosos tempos. Edu Motta mestura a tradición afroamericana coas músicas brasileiras con evocacións de bossanova até música disco cunha linguaxe persoal. 3.-Ajanai (China): O grupo chinés ofrece unha reinterpretación desde a contemporaneidade da música mongol. 4.- Ethiocolor (Etiopía): Música e danza tradicional de Etiopía chea de enerxía e intensidade. Un espectáculo completo creado polo bailarín Melaku Belay cun directo difícil de esquecer. 5.-O Gusto Orquestra (Alxeria): Xudíos e musulmáns dándolle nova forza á música Chaâbi, os sons urbanos e poéticos que definiron o panorama musical de Alxeria nos anos trinta e corenta. 6.-Orkestra Mendoza (EUA): Mambo, cumbias, rancheiras, merengue, jazz, rumba e indie-rock da man de Sergio Mendoza -de Sonora, México- e a súa orquestra. Banda "indie-mambo" na que a guitarra do seu protagonista, os teclados, a voz e a enérxica posta en escena ofrecen un ritmo que retumbará en todo o espazo do concerto. 7.-Lula Pena (Portugal): Unha das grandes voces de Portugal, artista de culto, chega tamén a Compostela despois de ter publicado o seu segundo disco "Troubadour", un traballo que nace despois de doce anos e unha presenza morna no escenario público despois da aparición do seu primeiro disco. 8.-Cesárea Évora Orchestra: A Cesária Evora Oschestra volve ao Womex que conmemora o vinte aniversario daquela primeira edición en Berlín na que a propia diva descalza de Cabo Verde cantou. A Orchestra trae o repertorio de Évora, o tesouro que levou e que continúa escoitándose ao vivo na súa memoria por parte desta banda que está formada na súa maior parte polos propios acompañantes da artista. 9.- Só para delegad@s, mais, en todo caso, de carácter obrigado para eles e elas. O Opening Concert de Womex, dirixido por Xosé Manuel Budiño e no que participarán Mercedes Peón, Germán López, António Zambujo, Jorge Pardo, Xabier Díaz, Oreka Tx e o propio Budiño. Será no Auditorio de Galicia. 10- Clausura. O domingo, na sesión de mañá, de 12 a 14 horas, Womex despedirase de Compostela cunha cerimonia de clausura na que participarán Glitterbeat de Alemaña, Mário Lúcio Sousa de Cabo Verde e a portuguesa Mariza, última voz da cita galega da maior feira de world music que superará nesta edición a afluencia das cinco últimas. As entradas custarán vinte euros para os concertos da Quintana e o bono de 55 permitirá acceder, aliás, aos concertos no Auditorio Abanca, o Teatro Principal, o Salón Teatro ou a Sala Capitol.
NOS_48338
A portavoz nacional do BNG chama a concentrar o voto este domingo 26 de maio no modelo municipal do Bloque por que "funciona e é capaz de construír concellos referentes en calidade de vida". Anuncia que o avance nacionalista nas urnas significa a pronta derrota de Feixoo nos comicios galegos.
Desde a cidade das Burgas a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, amosouse segura de que a fronte nacionalista colleitará un gran apoio electoral nos comicios europeos e municipais do vindeiro domingo 26 de maio. Eses bos resultados que agardan no Bloque e que os inquéritos publicados así prognostican, enténdeos Pontón como a antesala da derrota de Feixoo nas eleccións galegas. No Bloque teñen a seguridade de estar recollendo unha corrente de simpatía en ascenso cada día que nos achegamos ao 26M No Bloque teñen a seguridade de estar recollendo unha corrente de simpatía en ascenso cada día que nos achegamos ao 26M grazas a, segundo sinalan, contaren cun proxecto "solvente, unido e cohesionado". Para facer efectivo ese avance nacionalista nos concellos, Ana Pontón chamou desde Ourense a concentrar todo o voto nacionalista, galeguista e inconformista no BNG, "porque temos un modelo municipal que funciona, capaz de transformas vilas e cidades a favor das persoas e demostrámolo alí onde gobernamos, creando dinamismo económico, social e cultural, apostando polo orgullo do noso" polo que engadiu que "a mellor aposta para un cambio transformador é o BNG". Pontón salientou a "seriedade e solvencia" do proxecto que o BNG defende para a cidade de Ourense da man do seu candidato á alcaldía, Luís Seara De "decisivas para os concellos" cualificou Pontón as eleccións do 26M e engadiu que as galegas e galegos tamén se están a xogar un futuro mellor. "Hai cansazo de ver como as cousas nin avanzan, ni melloran", afirmou, "e cando falamos de políticas municipais é o BNG quen ten un modelo transformador que funciona en cidades e en concellos de perfís moi diferentes e iso é unha garantía de que hai outra forma de facer política, de que hai outra Galiza posíbel e quen demostra que ten un proxecto para construír esa outra Galiza é o BNG", recalcou. Nese sentido, Pontón salientou a "seriedade e solvencia" do proxecto que o BNG defende para a cidade de Ourense da man do seu candidato á alcaldía, Luís Seara, de quen afirmou que representa o cambio transformador para deixar atrás catro anos "desastrosos" para Ourense. Puxo de relevo que a cidade contou neste mandato "co peor goberno da súa historia recente e cunha oposición que tampouco estivo á altura". Fronte a esa situación colocou o BNG sob o argumento de que a cidade "non merece máis parálise porque está perdendo oportunidades cun PP que só demostrou soberbia e incompetencia e que conduce Ourense á deriva". Desaloxar a Baltar da Deputación O obxectivo do BNG tamén pasa por expulsar a Baltar e o PP da Deputación de Ourense e recuperar a institución para as persoas. Para tal fin indicou a necesidade de votar BNG xa que as candidaturas municipais do Bloque "teñen un valor extra" no sentido en que supoñen "un cambio real no concello" mais tamén unha suma de votos entre todos os apoios que o Bloque reciba nos distintos concellos que pertencen á Deputación. Pontón sinalou que non acontece o mesmo cos candidaturas locais xa que non suman ao seren independentes en cada concello.
NOS_27819
O economista Rubén Cela asume a presidencia da Fundación Galiza Sempre ao tomar o relevo a Francisco Jorquera, portavoz do BNG no concello da Coruña. "Hoxe se hai unha denuncia do Estado español contra a familia Franco para recuperar o Pazo de Meirás en boa medida é grazas á Fundación Galiza Sempre", afirmou Cela nunha comparecencia de imprensa.
"Con moito orgullo e responsabilidade asumo a presidencia da Fundación Galiza Sempre", dixo Cela perante os medios, nun acto informativo en que estivo acompañado polo xa ex presidente da entidade, Francisco Jorquera. Para Cela, a Fundación Galiza Sempre ten un "papel moi importante" a xogar nun contexto en que "a política é inmediatez e hai nela níveis de infantilismo moi grandes". En contraste coa instantaneidade do combate entre os partidos, a FGS postúlase como un "ámbito no que facer unha reflexión pousada, profunda, sobre aspectos que son cruciais para Galiza como nación". A entidade fará 20 anos nos próximos meses e vai celebrar o seu aniversario con "múltiples actividades" de formación, divulgación e tamén "criación de pensamento", na súa calidade de think tank do nacionalismo. Pensar e tamén actuar. O activismo da FGS continuará a ser especialmente intenso no campo da memoria histórica. "Hoxe se hai unha denuncia do Estado español para recuperar o Pazo de Meirás é en grande medida grazas ao traballo da Fundación Galiza Sempre e ao libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio [volume da autoría de Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo] que serviu de base para esa demanda", dixo Cela, quen avanzou que están a estudar "a posibilidade de nos personarmos como acusación particular" nese proceso aberto polo Estado contra a familia do ditador visando recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público. A etapa de Jorquera Na súa intervención, Jorquera fixo un breve relatorio a modo de balanzo sobre a súa experiencia á fronte da FGS. Destarte, puxo en destaque a consolidación do Festigal, a edición de diversas publicacións e o impulso dos debates sobre as necesidades de financiamento da Galiza. "Foi un honor" presidir a FGS, dixo Jorquera, quen considerou un "pracer ceder o testemuño" a quen apresentou como "un profesor, un compañeiro e un amigo", ben como unha persoa formada e chea de "ideas e de enerxía". Na troca de eloxios Cela gabou Jorquera, de quen dixo que é "unha referencia clave no galeguismo contemporáneo".
NOS_17149
O presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A., Xoán Costa, explica nesta entrevista os resultados da campaña de promoción de Sermos O Diario Galego e as liñas de traballo en que se insistirá nos próximos meses co obxectivo de acadar a 31 de decembro de 2018 as 3.000 subscricións necesarias para poñer en andamento o xornal en 2019.
Que lectura fai do número de presubscricións logradas nos últimos meses? Cando lanzamos o proxecto, estabelecemos en 3.000 o número mínimo de subscricións e abrimos en prazo para as conseguirmos. Un prazo que ía de febreiro a xullo. Na realidade non comezamos a campaña pública até o 17 de maio, coa edición dun número especial e os actos de presentación comezaron o 25 de maio. Neste contexto, a lectura que hai que facer creo que ten que ser positiva a pesar de o resultado a 31 de xullo estar por baixo do inicialmente marcado. Sabemos que o resultado en si está moi por debaixo das posibilidades da sociedade galega mais superarmos o 50% das subscricións estimadas como necesarias para a saída do diario é un logro importante. Que balance fai da campaña de promoción de Sermos O Diario Galego á que vén de aludir? A campaña permitiunos pór sobre a mesa non só a necesidade de contarmos cun xornal diario en papel e en galego mais tamén constatar as eivas do sistema de medios que actúan na Galiza. Os comentarios e as valoracións saídas dos actos de presentación, así como as valoracións realizadas en comentarios nas redes sociais e as manifestadas polas persoas do grupo impulsor que participaron nas entrevistas en vídeo ou escritas confirman que, á marxe do resultado, esta campaña era necesaria. Realizaron 50 actos e chegaron a máis de 2 mil persoas de maneira directa a través das presentacións. Cales foron as sensacións co público? Que lles achegaron neses actos? Realizamos 50 actos en 60 días cunha media de asistencia aos actos de 40 persoas. Por toda a parte encontramos a mesma sensación: non é normal que na Galiza haxa máis de dez cabeceiras diarias en español e ningunha en galego. Faise necesario reverter esa situación. Esa era a sensación unánime, para alén de que logo a situación particular de cada quen lle permitise apoiar economicamente o proxecto a través da subscrición. Marcáranse conseguir as 3.000 subscricións até o 31 de xullo. Por que deciden ampliar ese prazo? Por varias razóns. A primeira porque en moitos dos actos realizados se nos pedía máis tempo para explicar o proxecto. A segunda por respecto ao compromiso manifestado por esas máis de 1.500 persoas que se subscreberon a 31 de xullo e a terceira porque para nós a data de 31 de xullo era máis un medidor do que unha meta en si. Nós sempre dixemos que tiñamos que conseguir as subscricións en 2018 para saír en 2019. E seguimos mantendo ese compromiso e ese obxectivo até o final de 2018. Reforzan que é posíbel e necesario un diario en papel e, obxectivamente, é completamente anormal que Galiza non conte cunha publicación desas características. É necesario e é posíbel. E só depende de nós conseguírmolo. Por iso a anormalidade de que fala é aínda máis anormalidade. Revertela só depende de nós. Que depararán os próximos meses a nivel promoción do diario? Continuaremos achegando o proxecto á xente en función das nosas capacidades, tanto humanas como económicas. Prepararemos un número cero do diario que se aproxime, quer na estética quer nos contidos, o máis posíbel a un número real. Mais sobre todo. continuaremos traballando, poderíamos dicer que "boca a boca" para garantir eses 3.000 compromisos de subscrición a 31 de decembro Cando se poría en marcha se a 31 de decembro se conseguen as subscricións? O noso obxectivo de partida foi sempre ter o diario en 2019. Sabemos que necesitamos un mínimo de seis meses para a contratación de persoal, para o deseño final ou o estabelecemento doutras colaboracións, sen esquecer a contratación de publicidade. Por iso, se a 31 de decembro temos 3.000 subscricións o diario sairía no segundo semestre do ano. Se non se conseguen, que vai acontecer? Pois que Galiza seguirá nunha situación anómala e non seremos nós quen conte a nosa historia, serán outros a contar. Mais teño a certeza de que esa situación non se vai dar e que teremos un diario en papel en 2019, saíndo cinco días á semana e co actual semanario Sermos Galiza transformado en suplemento de fin de semana. Para isto, só é preciso cubrir a folla de subscrición sabendo que non se vai cobrar nada a ninguén até que teñamos as 3.000 subscricións para poder saír con garantías de viabilidade. A subscrición Sermos Galiza, S.A. aspira a obter un mínimo de 3.000 persoas que se comprometan a se faceren asinantes de Sermos O Diario Galego. Só así se logrará a estabilidade financeira precisa para afrontar os custos da edición do diario no papel e na web. O cargo só se pasará ao cobro en 2019 e de se conseguir o obxectivo mínimo das 3.000 subscricións, o que significa que subscribirse na actualidade non supón custo ningún até o ano que vén. De non sumar as 3.000 sinaturas, non se cobraría ren. Sermos Galiza S.A. pon a disposición das persoas interesadas diversas fórmulas de pagamento e diversas modalidades de subscrición, que poden consultarse en www.odiariogalego.gal, no apartado "Subscrición". O diario, de 32 páxinas a cor, sairá cinco días á semana e os sábados incluirá o semanario Sermos Galiza a modo de suplemento.
NOS_1379
"É unha auténtica aberración pensar que o CNI funciona dentro da legalidade" afirmou o ex comisario da Policía Nacional.
O ex comisario da Policía Nacional, José Manuel Villarejo, asegurou que realizou actuacións "absolutamente ilegais" para frear o proceso independentista en Catalunya, e afirma que as "volvería facer". Cospedal pediu a Villarejo que impedise a publicación dos 'papeis de Bárcenas' En declaracións a TV3 este domingo, Villarejo explicou que o ex presidente do Goberno Mariano Raxoi o felicitara pola súa tarefa nese sentido, con eloxios como "que pena que non se poidan decatar do que fixo vostede". "Raxoi era coñecedor" Para alén diso, o ex comisario recoñeceu que Mariano Raxoi o felicitara pola baixada de escanos en certas eleccións dos partidos independentistas en Catalunya. Tamén explicou que foi o ex ministro de Interior Jorge Fernández Díaz quen lle proporcionou información sobre o diñeiro da familia Pujol en Andorra, actuacións das que, segundo el, Raxoi era coñecedor. Orzamento millonario para "pagar tertulianos" Villarejo explicou que o Centro Nacional de Intelixencia (CNI) tiña un orzamento de entre 7 e 8 millóns de euros para "pagar a tertulianos para que creasen unha sensación na poboación do grave que sería separarse de España". O CNI recoñece que espiou independentistas con orde xudicial "É unha auténtica aberración pensar que o CNI funciona dentro da legalidade. Os espías están para espiar", defendeu.
NOS_41095
Delegacións zapatistas a todos os continentes.
No marco da conmemoración dos 500 anos "da suposta conquista do que hoxe é México", o Exército Zapatista de Liberación Nacional ( EZLN) anunciou que "diversas delegacións zapatistas, homes, mulleres da cor da nosa terra" sairán a percorrer o mundo, tendo como primeiro destino o continente europeo. A viaxe partirá "no mes de abril do ano do 2021", informaron mediante un comunicado. "É tempo de novo para que bailen os corazóns, e que non sexan nin a súa música nin os seus pasos, os do queixume e a resignación. Que diversas delegacións zapatistas, homes, mulleres da cor da nosa terra, sairemos a percorrer o mundo, camiñaremos ou navegaremos até chans, mares e ceos remotos, buscando non a diferenza, non a superioridade, non a afronta, moito menos o perdón e a mágoa". "Iremos atopar o que nos fai iguais", di o texto. Esta xira terá recalada no Estado español e farase coa fin de explicarlles "que non nos conquistaron. Que seguimos en resistencia e rebeldía". Sen facer alusión ás conmemoracións anunciadas polo presidente de México, Andrés Manuel López Obradoiro, que pretende que o 28 de setembro de 2021 se celebre como o Día do Perdón a Pobos Orixinarios, o zapatismo explicaronou que outro dos motivos da súa viaxe a España é para dicirlles "que non teñen por que pedir que lles perdoemos de nada". As reflexións do EZLN No anuncio, o EZLN tamén agregou unha serie de reflexións sobre a situación actual do mundo, con motivo do aumento dos feminicidios, da posta en marcha de megaproxectos mineiros no seu territorio e do manexo da pandemia de COVID-19 que fixeron algúns gobernos. Doutra banda, sostén que a pandemia "non só mostrou as vulnerabilidades do ser humano, tamén a cobiza e estupidez dos distintos Gobernos nacionais" dado que os países non tiveron en conta a longa duración da pandemia. "A morte converteuse así nunha cifra que se perde a diario entre escándalos e declaracións. Un comparativo tétrico. A porcentaxe de bateo e de carreiras limpas que determina que equipo, ou Nación, é mellor ou peor", subliña o comunicado emitido polo EZLN. Do mesmo modo, informou o zapatismo que nas comunidades zapatistas optaron pola prevención e a aplicación de medidas sanitarias que, no seu momento, foron consultadas con científicos.
NOS_47100
Francesco Tonucci participou nas xornadas "Infancia e cidade" organizadas polo Concello de Pontevedra. A súa obra, Cidade de nenos, inspirou o modelo urbanístico da cidade. Unha obra que sitúa as crianzas no centro do proxecto.
O (re)coñecido psico-pedagogo italiano, Francesco Tonucci, asistiu esta fin de semana ás xornadas Infancia e cidade organizadas polo Concello de Pontevedra. Un encontro en que divers@s expert@s en mobilidade partillaron opinións e experiencias a respeito dos novos modelos urbanísticos que, como Pontevedra, procuran mellorar a calidade de vida das persoas. Neste senso, o rexedor pontevedrés, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que o deseño da cidade que goberna estivo inspirado na obra La citta dei bambini --Cidade de nenos, en galego-- escrita por Tonucci e na que sitúa as crianzas no centro do modelo urbanístico da vida urbana. "Hai dez anos pasei por Pontevedra para propor algo", asegurou o pedadogo mentres camiñaba polas rúas da cidade acompañado da concelleira Carme da Silva (BNG), "hoxe volvo para aprender" acrecentou. Francesco Tonucci indicou que Pontevedra se converteu nunha das "cidade líder para que este proxecto se poida levar á práctica". Arredor de 300 persoas puideron escoitar no Teatro Principal ao psico-pedagogo que xunto con Fernández Lores explicou cales son os principais trazos en que se asenta este modelo de cidade. Tonucci avoga porque as crianzas poidan dirixirse de maneira autónoma á escola xa que "a liberdade lles permite ser responsábeis", afirma. Así, fronte a seguridade e o control que tenden a exixir @s proxenitor@s Francesco Tonucci defende que as institucións públicas e os poderes políticos "escoiten as crianzas" que demandan, dixo, "autonomía e liberdade" pois "as rúas", afirmou, só "son perigosas cando non hai nenos". Pontevedra e Carballo xa puxeron a andar esta iniciativa con grandes resultados.
NOS_45854
Máis de 200 traballador@s concentráronse ás portas da Egap, onde o director xeral da Función pública mantivo unha xuntanza coa conselleira de Facenda e con representantes sindicais de CIG, CSIF, CCOO e UGT para negociar a baixada nos seus soldos, que se estimaba nun 7% e quedou finalmente nun 4%. Recortaranlles as dúas pagas extra do ano que vén nun 40%
Máis de 200 funcionari@s concentráronse esta sexta feira ás portas da Escola galega de administración pública, en Compostela. Ao berro de Mans arriba, isto é un atraco, agardaron ás portas do edificio a que rematase a reunión entre os representantes sindicais --CIG, CSIF, CCOO e UGT--, a conselleira de Facenda, Elena Muñoz e o director xeral da Función pública, José María Barreiro Díaz, para coñecer cales serán as medidas definitivas que a Xunta aplicará sobre os salarios dest@s empregad@s en 2013. Ao coñeceren a decisión, representantes sindicais decidiron pecharse nas instalacións da Egap en sinal de protesta, até que Feijóo lles explicase onde está o incremento salarial do 3% que anunciara na véspera. Manteron a ocupación durante dúas horas, até seren desaloxad@s, cunha contundente actuación policial no exterior do edificio cando @s manifestantes quixeron acceder ás instalacións para apoiar o encerro. Así as cousas, segundo confirmou Muñoz, o recorte nas nóminas será do 4% e, tal e como acrecentou, as pagas extras de xullo e setembro do ano que vén seranlles reducidas no 40%, no canto de perder unha bonificación completa, como aconteceu en 2012 coa extra de decembro, con axustes que serán progresivos segundo os soldos. Así, en función da súa contía, isto suporá unha rebaixa nas retribucións anuais de entre o 2% e o 7%. As centrais anunciaran previamente o seu rexeitamento e oposición frontal a calquera nova redución, alertando da precarización salarial d@s traballador@s da área pública, alén dos efectos desta medida sobre o consumo e, xa que logo, na reactivación económica. Sen saír da Egap, os sindicatos anunciaron xa mobilizacións para respostar a este novo "ataque" da Xunta contra o persoal da administración pública. Outra tesourada ás nóminasAs nóminas do funcionariado teñen recibido unha boa machetada nestes tres anos: a eliminación da paga extra de decembro decidida por Rajoy xa supuxo un recorte do 7%, que se viña engadir á rebaixa na nómina dun 5% aprobada no seu día polo goberno Zapataro. Os sindicatos lembran que Feijóo afirmara desde a precampaña electoral do 21-O que non ía haber máis recortes nas nóminas. Mais agora sae con esta tesourada, que terá un efecto directo en máis de 90 mil empregad@s. A rebaixa salarial vén sumarse á eliminación da paga extra e demais reducións en dereitos laborais, nomeadamente a eliminación dos días libres, que o Goberno de Madrid impuxo para este colectivo e que a Xunta aceptou sen cuestión. Esta nova tesourada faise pública xusto cando o colectivo está a sentir a ausencia da paga extraordinaria de fin de ano, medida que está a afectar non só ese sector mais tamén outros como o do comercio. Institucións como o concello de Pontevedra mostraron a súa "insubmisión" á eliminación da extra, tamén decretada desde Madrid.
PRAZA_13436
A urgência da vindeira data eleitoral é umha demanda que nasce dende abaixo, e que tem nos tempos a sua principal dificuldade. Se bem nom compartimos a 100% a ideia de que os debates tenhem que vir depois dos comícíos, entendemos que a assembleia constituínte do 14 de julho tem que dar demandas nídias em relaçom a este ponto.
"Quando os caminhos rematam começa a viagem" György Lukács Ninguém dixo que ia ser doado. O processo de recomposiçom no nacionalismo avança, sendo comentado em diferentes meios e por parte dalguns dos seus protagonistas, sem deixar num segundo plano a crise que sofre nestes momentos a velha política. Saber que nom se tem a verdade absoluta nom é sinónimo de debilidade política, e longe do que pode parecer fortalece ao conjunto, porque obriga ao entendimento desde a diferença. Desculpem se ao utilizar a palavra autocrítica lhes passa pola cabeça algum tipo de artefato soviético, mas nestes momentos parece que é o melhor lugar para começar a dialogar. Desde o 15M plantejou-se umha emenda à totalidade que é tam velha como o movimento operário mas que permaneceu olvidada durante demasiado tempo: o país que queremos podemos começar a criá-lo em qualquer momento Todas as formas de entender a esquerda, da socialdemocracia até o comunismo clásico, partírom sempre de que o seu projeto político tinha como meta a apropiaçom da caixa de ferramentas do Estado. Só apartir desse momento poderíamos começar a transformar a realidade. Porém, desde o 15M plantejou-se umha emenda à totalidade que é tam velha como o movimento operário mas que permaneceu olvidada durante demasiado tempo: o país que queremos podemos começar a criá-lo em qualquer momento: conquistas tam importantes como a segurança social e a sanidade pública que hoje desfrutamos, polo menos até que Rajoy e Feijoo assim no lo permitam, respondem a processos de acumulaçom de forças na própria sociedade, de formas de criar riqueza dos que nom tinham nada, desde as bases dos primeiros sindicatos. Porque nom compartimos totalmente essa ideia? Porque seguramente o que se visualize na campanha eleitoral seja o modelo e a mensagem que posteriormente se imponha A urgência da vindeira data eleitoral é umha demanda que nasce dende abaixo, e que tem nos tempos a sua principal dificuldade. Se bem nom compartimos a 100% a ideia de que os debates tenhem que vir depois dos comícíos, entendemos que a assembleia constituínte do 14 de julho tem que dar demandas nídias em relaçom a este ponto. Porque nom compartimos totalmente essa ideia? Porque seguramente o que se visualize na campanha eleitoral seja o modelo e a mensagem que posteriormente se imponha. Todos teremos que ceder para que finalmente todos estejamos na nossa casa, ainda que haja elementos dos que nom gostemos. Nesse sentido a amplitude do discurso, a búsqueda dumha linha condutora que sitúe demandas sociais no centro da campanha e avance no reconhecimento dos direitos coletivos do país é um objetivo ineludível. A quem benefícia a divissom? Existe umha data no calendário, é verdade. Desde já estamos a trabalhar para que seja aberta, e reconhecida por todas e todos É porque nos sentimos tocados quando um persoeiro destacado deste processo sinala a falta de sintonia com um histórico dirigente da esquerda independentista para compartir lugar numha lista eleitoral, polo que nom podemos sentir-nos à vez tam distantes de determinadas manifestaçons públicas que viriam a situar a CxG numha posiçom direitista e autonomista. Nestes momentos as bases demandam entendimento, demandam responsabilidade e demandam cordura. Estamos num momento de grande importância. Existe umha data no calendário, é verdade. Desde já estamos a trabalhar para que seja aberta, e reconhecida por todas e todos. Isto nom contradi que, independentemente das responsabilidades e das leituras concretas de todos e cada um dos agentes implicados – e nom apenas de quatro, por certo – tenhamos que saber ler as demandas maioritárias que solicitam a búsqueda de acordos. Quem sabe, se calhar se outros agentes tiveram participado dos debates entre organizaçons políticas hoje estaríamos num cenário mais avançado nas dinámicas locais e comarcais, na aposta político-programática e na posta em andamento desta alternativa. Isso desde logo nom o podemos saber. O que nom podemos aceitar é que neste marco o referente que queremos superar fique pola contra plenamente reforçado mediante a hipótese de naufrágio coletivo, para ver satisfeitas espetativas centrífugas que nom tenhem a ver com o interesse geral dos integrantes do processo. Novas fórmulas para tempos de mudança Sem começar a debater sobre umha questom de termos, temos que dar-nos conta de que neste momento precisamos buscar umha fórmula organizativa válida, onde cada quem se sinta cômodo O BNG serviu dende 1982 para unir pequenas organizaçons nacionalistas que tinham intereses diferentes e estavam compostas por elementos com leituras sociais dispares, mesmo atreveria-me a dizer que antagónicas em alguns casos. Com umha organizaçom com grande capacidade organizativa e política, nunca estivemos diante dumha fronte no sentido estrito do termo. Por exemplo, no PT de Lula da Silva dérom-se debates mui duros em relaçom à entrada do governo neste, sem impedir ou sancionar a militância contrária a estas atuaçons, algo que no nosso contexto nom se deu. Sem começar a debater sobre umha questom de termos, temos que dar-nos conta de que neste momento precisamos buscar umha fórmula organizativa válida, onde cada quem se sinta cômodo, que permita que as diferentes linhas e interesses podam avançar junto com o aumento da consciência nacional. Perante um hipotético cenário de divissom, tal vez umha ideia recurrente poida ser a da federaçom de partidos. Apenas imos ter umha oportunidade. Perante um hipotético cenário de divissom, tal vez umha ideia recurrente poida ser a da federaçom de partidos. Apenas imos ter umha oportunidade Por outra parte, o interesse mostrado por entrar dentro do processo de reorganizaçom por pequenas organizaçons de centro-direita, muitas delas cissons do PP, leva-nos a pensar no momento no que estamos a viver: crise económica e social, aumento do paro ou a reforma laboral som argumentos de peso que nos fam reafirmar-nos na necesidade dumha mudança, também em termos sociais. Por outra banda é logico que num momento como este lobbys de pressom tentem condicionar o processo, motivo para seguir insistindo na necessidade de estabelecer vasos comunicantes por baixo, fundamentalmente com todas as pessoas que nom tenhem adscripçom partidária.
NOS_29263
A xunta de voceiros desta terza feira estivo protagonizada pola densidade do próximo pleno que se desenvolverá entre o 12 e o 13 de xullo, con 33 temas a debatir entre os que se atopan catro proxectos de lei. Por outra banda, a negativa do PP a aceptar unha reforma na lei electoral impedirá un novo regulamento nos debates electorais en medios públicos.
O pleno da próxima semana pode ser o último, antes da disolución do Parlamento previa ás eleccións galegas que, segundo indicou Alberto Núñez Feijóo esta semana, serán nunha data próxima ao 20 de outubro. A proximidade do final das sesións plenarias e da lexislatura, provocou a acumulación de tarefas e propostas dos distintos grupos. A vindeira sesión comporase dun pleno extraordinario para a elección de senadores e doutro ordinario que comezará coa escolla dos membros para a renovación do Consello Social da Universidade da Coruña. Entre as proposicións dos grupos parlamentares, figura a iniciativa do BNG para a modificación puntual da lei electora, unha reforma que eliminase o envío de papeletas ás casas das galegas, o chamado mailing, ao tempo que garantise os debates de candidatas e candidatos a presidencia da Xunta, nos meios de titularidade pública, en horarios de máxima audiencia. Esta proposta foi denegada polo Partido Popular, debido á cercania das elección galegas, segundo argumentou Pedro Puy. Jorquera explicou que "con esta proposta non pretendiamos unha reforma global da lei electoral, como xa ten proposto o BNG no seu día, para avanzar na proporcionalidade", senón que a súa pretensión era a de actualizar a lei ás demandas sociais do momento: "Esta proposta pretende corrixir un aspecto totalmente caduco da lei electoral vixente que só contempla a emisión de espazos de propaganda electoral gratuita." Jorquera: "O Partido Popular tennos acostumados a un uso totalmente partidista da CRTVG" Pola súa parte, Puy referiuse á cercanía das vindeiras eleccións galegas: "O Código de boas prácticas do Consello europeo di que non se deben modificar leis electorais no ano previo ás eleccións". Ademais, Pedro Puy indicou que as ditas modificacións provocarían unha "mala imaxe de saúde democrática". Porén, neste senso o argumento do BNG era que non se trataría dun cambio profundo senón dunha actualización, para impedir "o uso totalmente partidista da CRTVG ao que nos ten acostumados o Partido Popular." Antón Sánchez: "O método de escolla do candidato debe ter un amplo grado de respaldomais non está oficialmente definido cal será" Á marxe desta proposta, Antón Sánchez, voceiro parlamentar de AGE, respondeu ás cuestións a respeito da escolla do futuro candidato de En Marea para as próximas eleccións galegas: "Hai que afrontalo xa", dixo Antón Sánchez ante a ausencia dunha persoa que encabece a súa candidatura á Xunta de Galiza. Ante a posibilidade da realización de primarias no seo da formación, Sánchez respondeu que "o método de escolla do candidato debe ter un amplo grado de respaldo", mais matizou que "non está oficialmente definido". Pola súa parte Patricia Vilán, voceira do PSdeG, propuxo a formación dunha Comisión de Estudo da Memoria Histórica que foi desestimada polo Partido Popular. Vilán reclamou unha "política de xestos" por parte dos populares que axude a condenar definitivamente a ditadura franquista, ante o que Pedro Puy argumentou que "non deberían facerse xestos, senón accións prácticas", polo que a comisión deberá esperar á proxima lexislatura. Neste senso o BNG propuxo á mesa parlamentar un acto conmemorativo, no 18 de xullo, con motivo dos 80 anos do golpe de estado fascista e o levantamento dun monumento en lembranza ás vitimas.
PRAZA_11984
O decreto lei do mercado laboral, publicado o sábado no BOE, permite presentar expedientes regulatorios na administración e adelgazar así o peso do sector público. Tamén posibilita os traballos "voluntarios", o mesmo que puxo en marcha Cameron no seu país dentro dun plan que, como recoñeceu, non funciona
O 21 de novembro o primeiro ministro británico, David Cameron, recoñecía nas páxinas do Telegraph que o seu plan para reducir a débeda estaba "fallando". A suba de taxas e os recortes postos en marcha non eran suficientes para atallar o nivel de endebedamento, moi elevado. Os últimos datos dispoñibles, do primeiro semestre de 2011, evidencian que Reino Unido aínda non iniciou o proceso de desapalancamento. Hai escasos quince días o premier británico asumiu, de novo, que a débeda superaba por primeira vez o trillón de libras e que se situaba por riba dos niveis da etapa laborista. Con todo, as medidas que está a poñer en marcha o Executivo de Mariano Rajoy seméllanse moito ás británicas. Ademais da consolidación fiscal -nome co que se fai referencia ao déficit cero ou próximo a cero-, que é un mandato para todos os Estados membros, Moncloa dá pasos para reducir o peso do sector público a través de despedimentos. A reforma laboral, aprobada o pasado venres, posibilita a execución de Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) e importa unha das ideas máis defendidas por Cameron: a da Big Society. Prescindir de empregados públicos Até o de agora, o Estatuto dos Traballadores incluía dezanove disposicións adicionais. O decreto lei, xa aprobado polo Consello de Ministros, engadiu a número vinte. "O despedimento por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción do persoal laboral ao servizo dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público de acordo co artigo 3.1 do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público" será factible mediante dous artigos do Estatuto: o 51 e o 52c. O primeiro deles regula exclusivamente o despedimentos colectivos. Como indicou xa Praza o pasado venres, a reforma laboral abre a porta a unha das pretensións máis demandadas por unha parte dos conservadores: a de reducir de maneira drástica o número de empregados públicos. Mesma estratexia que Cameron iniciou en Reino Unido desde que chegou ao poder. Entre outubro de 2010 e o mesmo mes de 2011 hai 276.000 empregados públicos menos, tal e como reseña o boletín oficial do Goberno londinense. Empregados públicos a 3º trimestre de 2011 (miles) Trimestre Goberno Central Gobernos locais Corporacións públicas TOTAL 2010 Q3 2,809 2,915 539 6,263 2010 Q4 2,801 2,887 526 6,214 2011 Q1 2,804 2,851 525 6,180 2011 Q2 2,762 2,779 513 6,054 2011 Q3 2,760 2,720 507 5,987 % Cambio -1.7 -6.7 -5.9 -4.4 A nova lei que regula o mercado laboral en España apunta, asemade, que as propias administracións poden argumentar que teñen causas económicas ou organizativas para presentar un expediente regulatorio, ao igual que sucede coas empresas. "Entenderase que concorren causas económicas cando se produza nas mesmas unha situación de insuficiencia orzamentaria persistente para o financiamento dos servizos públicos correspondentes", cita a nova norma. A meirande parte das administracións apuntan á falta de financiamento para suspender ou cancelar a prestación de distintos servizos públicos. As administracións públicas poderán, ademais, utilizar a nova velocidade que o Executivo imprime a todo o proceso. "Creouse unha nova modalidade procesal para o despedimento colectivo, cuxa regulación persegue evitar unha demora innecesaria na procura dunha resposta xudicial á decisión empresarial extintiva", engade o decreto. A empresa -administración, neste caso- debe aportar documentación que xustifique a medida traumática en materia laboral para prescindir de empregados. Haberá periodo de negociación pero non se requerirá da aprobación da autoridade laboral competente. Os traballadores teñen que botar man dos xulgados do Social.
NOS_1137
Un traballo do colectivo Ergosfera sobre as residencias de maiores pon en evidencia as carencias do modelo actual e subliña a necesidade dun cambio na atención ás persoas maiores.
Ninguén quere ir a unha residencia pero esa decisión, a falla de testamento vital, tomarana outros por nós. Apartarnos é a solución máis barata para os nosos últimos tres anos. Casualmente, tras o ano de maior mortaldade, aprobouse a lei da eutanasia ou do ben morrer, á que debemos engadir o debate sobre unha vellez digna. Todos somos dependentes en potencia e a todos os niveis, precisaremos mellor trato canto maior sexa a deterioración e non un maior abandono. A maioría das residentes son mulleres que tras axudar os seus avós, pais, parellas e até fillos e netos, merecen como ninguén que as coiden. Deixarse coidar ha de ser un pracer simétrico. O final non debe traizoar a nosa vida anterior e pode ser máis humano, menos estraño e garantindo a independencia ou sociabilidade que o noso humor diario permita. Debemos prepararnos para a soidade, desexada ou non, para non sentirnos sós aínda estándoo. Por outra banda, sempre son os outros os que morren. Tan importante é como se coida como onde, a súa integración ou illamento urbano. Por iso, desde abril de 2020, o colectivo Ergosfera comezou un proxecto de investigación sobre As residencias de maiores na área urbana da Coruña para analizar a súa forma e a súa situación desde a perspectiva urbana. Parten dunha cartografía inicial con tres intencións: sinalar onde están para comprender por que; precisar a distancia peonil aos servizos máis próximos (bus, tenda, farmacia, bar, centro de saúde etc.) para poder valorar o día a día e a integración coa contorna; e por último, representar a forma arquitectónica e os usos no contacto cos espazos libres exteriores. O obxectivo principal é estabelecer criterios para mellorar as residencias existentes e definir as condicións desexábeis das futuras. Unha investigación de grande interese tras a crise sanitaria e á espera dun financiamento que as administracións e fundacións, sorprendentemente, desestimaron até o de agora. Escasos 10.000 euros e 16 semanas. Como se pode xestionar, controlar ou mellorar o que se descoñece? Os primeiros datos, en sintonía cos do resto do país, describen unha progresiva privatización da xestión. Dous terzos son un negocio en parte subvencionado e sen os rigorosos controis. O 60% teñen máis de 50 prazas que sería o tamaño máximo desexábel. En canto ás distancias, a metade delas están a máis dun quilómetro dunha farmacia, tenda, centro de saúde ou cívico, 340 m ao bus e 450 m a un bar de media. Toda o traballo está dispoñíbel en aberto en: www.ergosfera.org/archivo/residencias/ Galiza ten só 3 das 5 prazas por cada maior que recomenda a OMS. Por tanto, falta un 40% por planificar desde a nosa dispersión e condicións xeográficas, próximas ás nosas vivendas, máis céntricas e públicas, máis pequenas e cun ambiente e funcionamentos afastados dos dun hospital. Precisamos un progresivo cambio cara a outro modelo, onde o último recurso sexan mellores residencias que as actuais. Pasando por adaptar as nosas vivendas ou compartir casas autoxestionadas, teleasistencia, asistencia a domicilio e onde sobre todo, aprender a morrer mellor.
NOS_57577
En relación a maio do ano pasado, 2021, os datos do INE mostran que se triplicaron tanto as pernoctacións como os visitantes.
Os hoteis galegos rexistraron no mes de maio 766.477 pernoctacións e 442.557 viaxeiros, o que supón os mellores datos na serie histórica, que chega até 1999, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE). A Galiza superou en abril os niveis prepandemia de persoas viaxeiras e pernoctacións extrahoteleiras Estas cifras superan o que até o de agora era o mellor maio dos hoteis galegos. Foi en 2019, o último ano antes de que comezara a pandemia. Nese maio houbo 765.901 pernoctacións e 425.307 viaxeiros. En relación a maio do ano pasado, 2021, os datos do INE mostran que se triplicaron tanto as pernoctacións como os visitantes. As pernoctacións turísticas triplícanse a respecto de 2020, mais caen 88% en comparanza con 2019 No conxunto do Estado español, as pernoctacións en estabelecementos hostaleiros superaron as 29,8 millóns, o que supón multiplicar por catro o dato de hai un ano, cando houbo 7,3 millóns. Baixa ocupación hoteleira A Galiza foi a sétima autonomía preferida polos residentes no Estado español, con 5,1% do total, nunha clasificación que encabeza Andalucía (21,7%). A hostalaría galega reclama axudas para poder facer fronte aos préstamos do ICO Pola súa parte, o grao de ocupación nos hoteis galegos é dos máis baixos no Estado español, con só 39,9%. Son 15 puntos menos que a media de 54,9%. En Canarias alcanzouse 62,1%. Así mesmo, os prezos hoteleiros incrementáronse 17,3% en maio no noso país, menos que a media de avance de 22,1% que se produce no Estado español. A crise deixa sen ocupar máis de 7.000 baixos comerciais ao longo do país A tarifa media diaria dos hoteis na Galiza é de 63,98 euros, das máis baixas a nivel estatal, lonxe dos 95 euros de media. Os ingresos por habitación dispoñíbel son de 29,5 euros, tamén á cola, aínda que se duplican no último ano.
PRAZA_13071
O galardón, que naceu en 1999 nos centros de ensino do Barbanza, foi organizado este ano pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, que coincidindo coa homenaxe a Paz-Andrade, o centrou no mundo da empresa, un ámbito "no que queda moito por facer", segundo Miguel Outeiro. Imaxín superou nunha axustada votación a R, Alimentos Amorodo, Martín Códax e A-1 Seguridade.
"No uso do galego semellan unha empresa moi coherente e seria, que usa a lingua como marca de calidade, sen necesidade de engadir xustificacións previas; non venden identidade, pero si calidade e innovación. É dicir, exploran un ámbito empresarial que fomenta a modernidade do idioma, a súa adecuación a contextos profesionais de éxito económico e tecnolóxico". Argumentos coma este valéronlle á empresa compostelá de software Imaxin para merecer o Premio Leixaprén, outorgado pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística (CGENDL). O obxectivo dos convocantes, neste ano das Letras dedicado ao empresario Valentín Paz-Andrade, era recoñecer o bo labor realizado por algunhas empresas do país con respecto á lingua O obxectivo dos convocantes, neste ano das Letras dedicado ao empresario Valentín Paz-Andrade, era recoñecer o bo labor realizado por algunhas empresas do país con respecto á lingua, polo que os cinco candidatos propostos foron Imaxin Software R, Alimentos Amorodo, Martín Códax e A-1 Seguridade. Finalmente, Imaxin foi a máis votada entre os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino, superando na votación por unha axustada marxe a R e Alimentos Amorodo. Miguel Outeiro, da Coordinadora, salientou os méritos destas e doutras empresas nun ámbito no que o uso do galego é mínimo e "no que queda moito por facer" Miguel Outeiro, da Coordinadora, salientou os méritos destas e doutras empresas nun ámbito no que o uso do galego é mínimo e "no que queda moito por facer", e nun escenario no que as políticas do goberno galego, lonxe de mellorar a situación, só a empeoran, nunha estratexia continuada de ataques á lingua galega. Os méritos das empresas Se de Imaxín se detacou "a integración no universo TIC, o toque de innovación nos servizos que ofrece ao cliente, a perspectiva global que ten desde Galicia" ou o desenvolvemento do software de tradución Opentrad, no resto das empresas candidatas tamén se puxeron riba da mesa as súas virtudes. Por exemplo, en R destacouse "a súa grande proxección pública, xa que é unha empresa instalada practicamente en toda Galicia e que está ligada a un campo innovador como é o das telecomunicacións" así coma que "escolleron esta lingua para marcar a orixe galega da empresa e así distinguirse do resto de operadoras de telecomunicacións". Tamén se salientou que "empregan o galego en todos os eidos de comunicación da empresa e relación coa clientela, aínda que na xestión interna non prevaleza o galego". En A-1 Seguridade fíxose fincapé no "rigor e seriedade dos usos lingüísticos nun sector empresarial que usualmente non asociamos á promoción do idioma" En canto a Alimentos Amorodo, unha empresa de conservas ecolóxicas de Forcarei valorouse "a contribución á normalización lingüística no mundo da empresa, ao lado da aposta polo medio ambiente e o impulso dos modelos empresariais sostibles". De Martín Códax sinalouse o seu "compromiso inequívoco co país" e "a opción pola galeguización dos seus produtos incluso estando destinados á súa distribución fóra de Galicia". Finalmente, en A-1 Seguridade fíxose fincapé no "rigor e seriedade dos usos lingüísticos nun sector empresarial que usualmente non asociamos á promoción do idioma". Do Barbanza para toda Galicia O galardón foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes O galardón foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes e asumido pola Coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística, que integraba distintos centros educativos das comarcas de Muros-Noia, Barbanza e arredores. A partir deste curso o premio pasa a ser organizado pola CGENDL, como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino de Galicia. O Premio Leixaprén 2012 entregarase este sábado 26 de maio nun xantar que se celebrará no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela e o galardón consistirá nunha figura alegórica do artista Álvaro Negro.
NOS_12227
O mal tempo condiciona o Ciclocrós de Boiro
O XXXIV Ciclocross Concello de Boiro será lembrado como unha das edicións máis épicas da proba decana do calendario galego, pois esta duodécima e antepenúltima xornada da Copa Galiza contou cunha combinación de chuvia, lama e o tradicional treito de area por Praia Xardín que derivou nun espectáculo que gozaron até as maís puristas desta especialidade. Nese contexto, quen conseguiron emerxer do mellor modo posíbel foron a Sub-23 Carla Fernández (Team Farto-BTC) e o Elite Iván Feijoo (Academia Postal-Abanca), facéndose cos triunfos nas categorías de máis prestixio. Durante case unha hora, 59 minutos e 29 segundos estivo loitando contra os elementos a gañadora da carreira Elite/Sub-23 e Júnior do evento organizado polo Club Ciclista Barbanza, a viguesa Carla Fernández, que reafirma así o seu liderado logo de vencer cunha ampla marxe de 2.12 á segunda clasificada -e líder Júnior-, Laura Mira (Supermercados Froiz), quen protagonizou un intenso duelo até os metros finais coa súa compañeira de equipo Uxía Soto. María Jesús Barros, pola súa banda, foi novena no trazado de Praia Xardín e deixou vista para sentenza a clasificación xeral feminina do certame galego na modalidade Elite. Homenaxe con triunfo para Iván Feijoo Na liña de saída da proba Elite/Sub-23 masculina as olladas centráronse en Iván Feijoo por dous motivos. Primeiro, porque o alaricano participaba por segunda vez esta campaña nunha cita da Copa Galiza, e tamén porque nesta ocasión facíao coas cores do Club Ciclista Maceda. Deste modo quixo homenaxear o conxunto no que se formou antes de cambiar de estrutura o vindeiro 1 de xaneiro, pois deixará o BH Templos Café -o seu actual equipo- e incorporarase ao MMR. O vixente campión de España Sub-23, que esta tempada se estrea como Elite, regresou ao pasado de xeito triunfal, pois logrou imporse cun rexistro de 1.08.43 e sumou a segunda vitoria do ano no calendario galego. En segunda posición cruzou a liña de meta o tamén Elite Samuel González (Máis Que Bicis), a 52 segundos do gañador, e terceiro concluíu o líder das categorías Sub-23 e Absoluta, Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz).
NOS_11937
Cidades e vilas galegas rexistran concentracións do sector que exixe que se valore o seu traballo nesta pandemia.
Os salóns de peiteado, barbarías e centros de estética continúan reclamando unha rebaixa do imposto sobre o valor engadido (IVE) como sector esencial nesta pandemia. Hoxe levaron a súa reivindicación ás prazas galegas con concentracións en Lugo, A Coruña, Narón, Compostela, Pontevedra, Vigo, Tui e Ourense. Lembran que o impacto da actual situación xa implicou o fechamento duns 300 locais en 2020 e as perspectivas para este ano, sinalan, non son moi boas. Agustín Raña, portavoz do sector e da plataforma que organiza as mobilizacións na Galiza, explicaba á Cadena Ser desde a concentración en Compostela que "no tema de ser esenciais parece que o somos", mais "de cara á galería porque seguimos co IVE do 21%". Lembra que "outros sectores esenciais, no ano 2014, viron reducido o IVE, mais nós levamos nove anos da mesma maneira". Sector esencial tamén para a saúde na pandemia Lourdes ten un salón de peiteado en Cuntis e sinala a Nós Diario que para ela "tal e como están as circunstancias sería lóxico que nos rebaixasen o IVE". Como tantos outros estabelecementos desta rama, ten aberto desde que se lles deu autorización o pasado 5 de maio de 2020. "Somos esenciais, fomos dos primeiros que abrimos", conta. A problemática destes negocios é que non contan coa mesma clientela que antes, perderon "case un 50% de traballo" mais seguen "pagando os mesmos impostos e todo o que leva manter o negocio", informa. A función deste sector é algo máis que estética. A loita que tiveron para conseguir ser dos primeiros en abrir viña parella co seu outro papel na pandemia. "Formamos parte do ramo que ten moita relación coa saúde, coa necesidade de sentirse ben, necesario para todo o mundo", asegura Lourdes. Malia a baixada de ingresos, estes negocios non subiron os prezos, asumindo as perdas que teñen tamén como consecuencia de ter que pagar ese IVE. A falta de seguridade nun sector moi feminizado Os salóns de peiteado, estética e barbarías están moi feminizados sexa a través do traballo autónomo como por conta allea. En moitos casos, os negocios deste sector dependen dunha soa persoa que afronta todos os custos. É o caso de Carol que foi autónoma con estabelecemento propio e tivo que deixalo para continuar no mesmo ramo mais para unha empresa. "Pasei de autónoma a traballadora por saúde e tamén te decatas de que estás desamparada, a pesar de pagar os teus impostos e a túa cota todos os meses", relata a Nós Diario. "Estar enferma sendo autónoma e poder seguir co teu negocio é un luxo que non todos nos podemos permitir", engade. Coincide en que impostos como IVE son "totalmente abusivos". Asegura que "estamos moi desamparadas, exíxennos algo que moitas veces é imposíbel de cumprir". Da súa experiencia como autónoma en Compostela quedoulle a sensación de que "como empresaria, traballaba para Facenda". Non entende que "en plena pandemia se nos considerase fundamentais, tendo que abrir, mais a pesar das queixas lóxicas seguimos co 21%", polo que "terían que aclararse, somos ou non somos de primeira necesidade?". A negativa do PP ás axudas directas a este sector O sector dos salóns de peiteado, barbarías e locais de estética demanda, a través da plataforma 'Crer en Nós', axudas directas para paliar a súa situación. O pasado mes de marzo o PP impediu que prosperase no Parlamento galego unha iniciativa neste sentido presentada polo BNG, aínda que a propia Cámara aprobaba que o Executivo galego inste a demandar do Estado español a redución do IVE dos salóns de peiteado, pasando de 21% a 10%.
NOS_2658
Os populares xustifican a adxudicación de case 300.000 euros por parte do Executivo galego a Proxectos Hospitalarios Internacional S.A. (Prhoinsa), empresa de material sanitario cuxo administrador único, Juan Carlos Ferreiro Casasola, é cofundador doutra compañía da cal a presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, posúe o 50%. Esta información foi desvelada en exclusiva por Nós Diario.
O grupo parlamentario do Partido Popular (PP) vén de botar abaixo a proposta levada ao Parlamento polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), e apoiada polo Partido Socialista da Galiza (PSdeG), para elaborar unha auditoría externa sobre todos os contratos tramitados por vía de urxencia pola Xunta durante a pandemia. A encargada de defender esta iniciativa foi a deputada nacionalista Montse Prado, quen aludiu á exclusiva de Nós Diario sobre a adxudicación de case 300.000 euros por parte do Executivo galego a Proxectos Hospitalarios Internacional S.A. (Prhoinsa), empresa de material sanitario cuxo administrador único, Juan Carlos Ferreiro Casasola, é cofundador doutra compañía da cal a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, posúe 50%. A Xunta contratou sen publicidade co cofundador dunha empresa dos Ayuso Despois de citar este contrato, Prado cifrou en "como mínimo 96 millóns de euros" as adxudicacións de emerxencia realizadas "sen ningún tipo de publicidade nin clarificación" e "só no ano 2020", mentres "en pleno confinamento había miles de persoas hospitalizadas e morrendo". "Cando todo isto ocorría, outros facían da traxedia un negocio", reiterou Prado. A deputada do BNG tamén lembrou durante a súa intervención os "37 millóns de euros" adxudicados pola Xunta a Eulen desde 2009, compañía na que unha das directivas é Micaela Núñez Feixoo, irmá do aínda presidente galego, Alberto Núñez Feixoo. Apoio do PSdeG á auditoría Por parte do Grupo Socialista, que apoiou a realización desta auditoria externa proposta polo Bloque, o deputado Julio Torrado matizou que, se ben é xustificábel que se empreguen contratacións de emerxencia en situacións "moi difíciles" como as vividas durante a pandemia, non pode deixarse de lado a "transparencia". O PP veta que Contas audite os contratos da Xunta con Eulen "Este Goberno ten un historial comprometido en transparencia e, por tanto, convértese nun sospeitoso habitual. Se vostedes queren defender que son un partido moi limpo, hai que defender propostas como esta", insistiu Torrado. Iniciativa "ridícula" para o PP Na súa quenda de intervención, o deputado dos populares Alberto Pazos cualificou como "ridícula" a acusación da oposición polos contratos con Prhoinsa. "Quero felicitar os servizos da Cámara, por conseguir limpar cunha baeta toda a lama que se verteu aquí. Ten todo o mérito", chegou a dicir Pazos. A exclusiva de 'Nós Diario' sobre a adxudicación da Xunta aos Ayuso chega ao Parlamento galego O popular demandou "respecto" para unha Consellaría de Sanidade que, segundo el, o que fixo foi "adquirir pola vía de urxencia material sanitario a unha empresa que se dedica a vendelo", que "ten domicilio fiscal coñecido" e que asinou contratos "con todos os gobernos da Xunta". Ademais, defendeu que Prhoinsa ofrecía o material "máis barato".
PRAZA_17611
A análise realizada pola institución saúda os avances do Goberno galego cara ás tecnoloxías abertas, pero salienta que un 45% dos formularios web que emprega a administracións xeran aínda problemas para os usuarios e usuarias que utilizan sistemas e aplicacións libres
A Valedora do Pobo vén de remitirlle á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) unha recomendación para que "priorice a adaptación a software libre dos procedementos electrónicos ao dispor da cidadanía por medio da Sede Electrónica, en especial os procedementos de concorrencia competitiva e os que soamente admitan unha tramitación electrónica". A Alta Comisionada do Parlamento recibira unha queixa referida a que "numerosos aplicativos que a administración autonómica pon a dispor da cidadanía funcionan soamente con software que opera baixo licenza", unha circunstancia que "está a limitar o acceso de usuarios que empregan o software libre nos seus equipos informáticos a procedementos de concorrencia competitiva, de matrícula nas Escolas Oficiais de idiomas e outros trámites que só admiten unha xestión telemática". A falta de adaptación dos sistemas da Xunta "está a limitar o acceso de usuarios que empregan o software libre a procedementos de concorrencia competitiva, de matrícula nas Escolas Oficiais de idiomas e outros trámites que só admiten unha xestión telemática" Por este motivo púxose en contacto coa Axencia, para coñecer o cumprimento do Plan de acción software libre 2017, que entre os seus obxectivos sinalaba "o fomento do uso de software libre nos novos servizos da administración". Na súa resposta, a AMTEGA subliña que "está a avanzar na súa estratexia de impulso de software libre en diferentes ámbitos" e destaca que "non existen na actualidade procedementos alleos aos ofrecidos na Sede Electrónica da Administración Autonómica que precisen o uso de software propietario". Salienta igualmente "a implantación da aplicación ofimática libre ao posto dos empregados públicos", de xeito que "todos os equipos dispoñen agora dunha versión actualizada e homoxénea de Libre Office". Porén, nalgúns equipos mantense a convivencia cos paquetes previos que operan baixo licencia xa que "existen aplicacións ou sistemas que, con carácter excepcional, non funcionan de xeito adecuado co LibreOffice, sobre todo no que responde ás relacións con outras entidades públicas ou funcionalidades concretas". Un 55% dos formularios web empregados pola Xunta foron xa correctamente adaptados, pero o restante 45% xeran aínda problemas para os cidadáns e cidadás que empregan sistemas operativos e programas de software libre Con todo, seguen a existir problemas. A propia Axencia recoñece que "aínda que a Sede Electrónica é compatible na actualidade con sistemas operativos libres actualizados (como Debian e Ubuntu), os cambios nas políticas de funcionamento de diversos navegadores de uso estendido condicionan funcionalidades imprescindibles nas relacións administrado-administración como a firma electrónica". Un 55% dos formularios web empregados pola Xunta foron xa correctamente adaptados, pero o restante 45% xeran aínda problemas para os cidadáns e cidadás que empregan sistemas operativos e programas de software libre. É por isto que na súa recomendación, a Valedora insta á AMTEGA a "axilizar" a "adaptación do 45% dos formularios restantes afectados polas políticas de funcionamento dos navegadores". Así mesmo, pídelle que promova ante o resto das administracións "a necesidade de desenvolver sistemas libres compatibles con LibreOffice que permitan abandonar, nun futuro próximo, esa convivencia excepcional cos programas de ofimática licenciados". Recomendación dirixida á AMTEGA
QUEPASA_560
Camiño xa dos 11 anos leva Viki Rivadulla recuperando a historia en nome de muller.
Este mes de decembro, a cita da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía visita EEUU en avión para coñecer á pioneira aviadora Amelia Earhart (Atchison, Kansas 1898 -1937 no Pacífico), a primeira muller que realizou a travesía do Atlántico en solitario no proxecto que patrocinou outra muller, Amy Guest. Foi enfermeira voluntaria durante a Primeira Guerra Mundial e visitando o Corpo Aéreo Real tivo o primeiro contacto coa súa vocación de aviadora. Tomou clases con outra muller, considerada pioneira da aviación feminina: Neta Snook. Tras a travesía do Atlántico alcanzou moita fama e aproveitando esa popularidade, promoveu o uso comercial da aviación e defendeu a incorporación das mulleres a este novo campo profesional. Ao longo da súa vida completou varios récords. En 1937, Amelia anunciou que tentaría dar a volta ao mundo utilizando un roteiro distinto do habitual nestas travesías. Ata entón, ditos voos realizábanse en etapas curtas a través dos ceos do hemisferio norte, pero Earhart tiña a intención, xunto co seu copiloto, Frederick J. Noonan, de circunvoar o globo nun bimotor seguindo a liña do ecuador. A penúltima etapa debía levalos ata a illa Howland, xunto a Australia, pero perdeuse todo contacto co avión. Algunhas fontes sosteñen que o avión viuse obrigado a realizar unha aterraxe forzosa nas illas Fénix,no Pacífico, onde os dous ocupantes sobreviviron como náufragos ata a súa morte. Isto contrasta coa versión oficial, que defende que o avión quedou sen combustible, o que provocou a súa caída en augas do Pacífico. Sexa como for, o final que tivo o voo de Amelia e o destino dos pilotos segue sendo un misterio por resolver.
NOS_7813
Un equipo da FBI enfrontase a un grupo de expertos en maxia, chamados "os catro xinetes", que se dedican a atracar bancos e a homes de negocios corruptos para facer chover o diñeiro roubado entre o público asistente que os adora.
Título orixinal: Now You See Me Ano: 2013 Duración: 115 min. País: Estados Unidos Director: Louis Leterrier Guión: Boaz Yakin, Edward Ricourt Música: Tom Rowlands, Ed Simons Fotografía: Larry Fong Reparto: Jesse Eisenberg, Dave Franco, Morgan Freeman, Mark Ruffalo, Isla Fisher, Mélanie Laurent, Woody Harrelson, Michael Caine SINOPSE Un equipo da FBI enfrontase a un grupo de expertos en maxia, chamados "os catro xinetes", que se dedican a atracar bancos e a homes de negocios corruptos para facer chover o diñeiro roubado entre o público asistente que os adora. CRÍTICA O principio do filme promete. Unha presentación de personaxes interesante en plan recrutamento de superheroes da maxia e unha premisa moi atractiva: un truco de maxia no que se rouba un banco a miles de quilómetros. A partires dun primeiro truco bastante logrado a película tórnase nun cúmulo de idas e vidas cun guión que se colle con pinzas. Abuso constante do feixe de luz en plan destello que atravesa a pantalla dunha marxe á outra. Esta técnica é moi usada nos videoclips de última xeración e púxoa de moda J.J. Abrams no cinema. Úsase xa en demasía e sen sentido e faise moi pesado. Este efecto visual tivo o seu aquel no momento pero xa está demodé. Recordando o remake de "Desafío Total" ou "Trance" de Danny Boyle, nos que se usaba cada dous por tres, parece que se confirma a miña teoría de que canto máis feixe de luz, peor é a película. E nesta se abusa moito. "A derradeira película do francés Louis Leterrier confirma a caída en picado dun director que prometía con "Danny the Dog" (2005) pero que acabou caendo nas implacables fauces de Hollywood" A derradeira película do francés Louis Leterrier confirma a caída en picado dun director que prometía con "Danny the Dog" (2005) pero que acabou caendo nas implacables fauces de Hollywood. Produto sen personalidade de evasión pura e dura para espectadores que non teñan ganas de pensar demasiado. Vacuidade disfrazada de algo extremadamente pomposo que pretende ser sofisticado. Promete ó principio pero que non deixa de ser un truco barato. Tratar de levar trucos de maxia ó cinema non é sinxelo porque a maxia radica en crernos que se está producindo algo extraordinario. Pero desgraciadamente nesta película abúsase dos trucos de cámara e cinematográficos co cal fainos perder moi cedo a atención. Películas como "O truco final" (2006, Christopher Nolan) ou "O ilusionista" (2006, Neil Burger) souberon transmitir á gran pantalla o mundo da maxia e o ilusionismo pero a película de Leterrier fai augas por todas partes. Nin sequera o reparto de luxo logra salvala. A música é prepotente. A fotografía mediocre ó servizo da psicodelia que pretende envolver ó filme para disfrazar as súas carencias. O guión vai a golpes sen moito sentido, con momentos de vergoña allea para rematar no que pretende ser un final sorprendente, pero só consegue unha cara de estupor ante tamaño despropósito. En definitiva, é unha película para os que lles apeteza deixarse levar por trucos de maxia de todo a cen
NOS_42661
As melloras evidentes na cidade, sobre todo de espazos públicos, fan esquecer o destruído e incorporámolas axiña, mentres que as desfeitas vémolas reversibles e alleas a nós.
Voltar a onde vivimos hai anos adoita ser desconcertante. Se as transformacións son numerosas, durante un percorrido con alguén mesturando lugares e actividades, dicímoslle: pois aquí había tal, alí había cal ou aí faciamos tal. Se os cambios son un despropósito, cáesenos a alma aos pés. De que lugar falamos neste percorrido de ausencias?, A que podemos agarrarnos se canto recordamos foi eliminado?, Existe aínda ese lugar ou só a nosa experiencia do mesmo?, Como saberemos onde nos atopamos nun mundo cada vez máis uniforme? Alarma comprobar como o privado, con escaso control, vai devorando espazos ao público As melloras evidentes na cidade, sobre todo de espazos públicos, fan esquecer o destruído e incorporámolas axiña, mentres que as desfeitas vémolas reversibles e alleas a nós. Alarma comprobar como o privado, con escaso control, vai devorando espazos ao público. No edificado, son as plantas baixas as máis sensibles para a vida das rúas e reflicten os cambios naturais (crises ou xubilacións) ou forzados (lexislacións ou rendistas). Algunhas como as librerías, certos negocios ou algunhas cafeterías son auténticos "centros cívicos" cuxa continuidade debería ser prioritaria e avivada con proteccións e mesmo exencións fiscais como noutros países. Por que case todo o novo arrepía? É o seu irritante aspecto consecuencia exclusiva da súa orixe especulativa habitual? Que responsabilidade teñen promotoras e políticas ou compradores e cidadáns? Se "o feo non se vende", quen compra e con que interese semellantes disparates? No lado oposto está a actitude ultraconservadora nos nosos centros históricos onde, ante a probabilidade de desastre, existe pavor ao novo. Nos casos auténticos e mellores, mantense o existente con grandes esforzos. Pero en xeral, reconstrúese o aspecto como recreación acartonada e triste, por non afondar no coñecemento das súas potencialidades partindo da súa orixe e invariantes. Que fai máis real o real? Son máis reais as construcións que os acontecementos? Outro exemplo como a progresiva transformación dos nosos portos, onde a postura do máximo reuso do existente significa sobre todo, o garante de manter o seu carácter portuario e por tanto mudable e vivo. Un "aquí agora hai" e non o museístico "aquí houbo". A cidade, do mesmo xeito que sucede coa natureza, nunca ha destruír nada a non ser que dea algo mellor Como é posible que operacións indesexables desde a súa orixe foran presentadas como irreversibles? Exemplos como converter unha praia nun club privado, un mercado ou un peirao nun centro comercial, un teatro nunha tenda ou un parque adulto no enésimo aparcadoiro baixo eira urbana. Por que a nosa percepción da cidade é de que mellora en xeral se podemos constatar que puntualmente empeora? Foi algunha vez o antigo tan terrible como agora o novo? Verase no futuro algún valor en todo isto? Cada nova transformación en estudo, sen importar o tamaño, debe comezar por saber todo o que perderiamos, material e inmaterial e non simplemente o que gañamos. A cidade, do mesmo xeito que sucede coa natureza, "nunca ha destruír nada a non ser que dea algo mellor". Deberiamos parar e escoitar ao fin a urxencia de non facer nada, pois manter ou recuperar é máis útil nestes momentos que inventar. "O moderno confórmase con pouco" perdido entre tanta urxencia e tanto gran negocio. Hai que detelos!
NOS_11346
'Autodeterminación para Galiza existir e avanzar' é o lema sob o que a Unión do Povo Galego realizará o vindeiro 16 de febreiro o seu congreso nacional. Trátase do décimo quinto que convoca este partido nado en 1964 e integrado o Bloque Nacionalista Galego. Actualizar a análise do contexto social e político nacional e internacional e contribuír a fortalecer o soberanismo galego son algúns dos principais obxectivos que a UPG marca para este encontro.
A capital galega acollerá a décimo quinta cita congresual da Unión do Povo Galego, partido autodefinido comunista e patriótico, integrado no BNG e fundado en 1964 da man, entre outras referencias da loita nacionalista, do seu histórico dirixente Bautista Álvarez. A UPG, cuxo secretario xeral é o deputado nacionalista Néstor Rego, xuntará en febreiro a militancia no Pazo de Congresos de Compostela para discutir as teses a debate aprobadas polo Comité Central e sometidas a emenda nas distintas asembleas de zona en que se estrutura este partido. Alén de analizar a liña política e organizativa que rexerá os pasos do partido no vindeiro período intercongresual, as bases tamén escollerán a nova dirección. O lema da cita, "Autodeterminación para Galiza existir e avanzar", recolle a aposta pola soberanía nacional e a emancipación social que defende a UPG e renova o seu compromiso pola autoorganziación do pobo galego e polo dereito a este a decidir libremente o seu futuro. Nós Diario tivo acceso ao documento base a debate, o cal consta de 34 páxinas e dúas teses, unha política e outra organizativa. O partido nacionalista actualiza as súas análises sobre o contexto político nacional e internacional, reparando na hexemonía dos Estados Unidos e nas rivalidades entre as potencias capitalistas. Tamén trata o retroceso actual dos movementos populares e antiimperialistas na América Latina, a situación no Oriente Medio co aumento da presión dos EUA sobre o Irán ou o papel sempre agresivo da OTAN e o dunha Unión Europea que a UPG plasma como estrutura xurídico-política ao servizo do grande capital e contraria aos intereses das clases populares galegas. O auxe da ultradereita en Europa e as causas e consecuencias que a rodean son outros dos puntos que analizan as teses. O feminismo, sinalan os textos, "é unha prioridade para o movemento nacional e popular galego" Os textos da UPG consideran fundamentais as reivindicacións feministas e as mobilizacións ecoloxistas polo futuro do planeta. O feminismo, sinalan os textos, "é unha prioridade para o movemento nacional e popular galego". A cuestión nacional, no centro do debate A UPG quer continuar a contribuír para fortalecer o nacionalismo galego de cara a "enfrontar os desafíos que ten por diante, desde o cuestionamento do modelo constitucional e autonómico". En canto á emancipación de clase, nun contexto como o galego, as teses remarcan que este obxectivo vai parello á loita nacional, reafirmando que "non é posíbel superar os antagonismos de clase na Galiza sen rachar co sometemento e sermos soberanas en termos políticos, económicos e culturais". Desta maneira, a formación liderada por Néstor Rego formula o exercicio do dereito á autodeterminación como condición imprescindíbel para estabelecer un modelo económico e social favorábel ás maiorías sociais e avanzar cara ao socialismo. Repara a tese política da UPG en como "o relato dunha idílica Transición (...) e Constitución española como texto inmutábel" perdeu peso, especialmente nas nacións sen estado e entre as xeracións máis novas. Nese sentido, considérase nos textos que os alicerces do réxime do 78 están hoxe máis cuestionados que no pasado, en medio dunha "crise de lexitimidade". A Unión do Povo Galego remarca que o nacional e o social van parellos Nese sentido, a UPG tira entre outras conclusións do procés soberanista catalán a constatación da pobre cultura democrática do Estado español e a lección de que "sen a rebeldía de cuestionar leis inxustas non se conquistan dereitos fundamentais". Tamén reparan en que "a esquerda española, lamentabelmente, non está disposta a xogar un papel diferente ao que xogou durante a Transición" e sinálana como "un dos alicerces básicos do actual réxime constitucional español". O caso catalán ilustra nas teses deste partido como "ningunha nación do mundo, en ningún momento histórico, alcanzou a plena soberanía sen contar con forzas propias que a reclamasen, exercitasen e antepuxesen a calquera outro obxectivo". Reafirmar o nacionalismo electoralmente As actuais teses a debate tamén lembran as resolucións do último congreso realizado en maio de 2016, en Pontevedra, en medio dunha forte perda de votos do nacionalismo galego. Agora, cun BNG que recuperou corpo electoral e incidencia política, os textos remarcan que "a decisión de manter, fronte a todas as dificultades, o principio e a práctica da autoorganización, tamén no plano electoral (...) foi unha decisión absolutamente acertada, mesmo vital para a continuidade dun nacionalismo actuante socialmente e capaz de ir gañando apoios sociais e electorais". Seguindo as liñas das teses, para UPG o traballo institucional "ten sentido pleno e valor alternativo" cando vai ligado ao traballo na sociedade, "no seo do pobo". Coa independencia e o socialismo no horizonte Os textos congresuais voltan a situar no obxectivo estratéxico a independencia nacional da Galiza "como paso previo" para a construción dunha sociedade socialista. Para esa andaina, reivindican necesario "facer pedagoxía" arredor de iniciativas que permitan avances ou ilustren a necesidade de mudar o marco. A militancia e a formación A segunda tese pula por actualizar o partido para fortalecelo "organizativamente, mais tamén política e ideoloxicamente" e chama a activar o conxunto da militancia para impulsar a súa participación no traballo nos movementos sociais e agrandar a presenza social do nacionalismo. Reivindican tamén as teses a coherencia lingüística na militancia, indo desde o monolingüísmo e a defensa diaria do idioma até a galeguización dos nomes persoais e a restitución dos apelidos deturpados. O compromiso de impulsar unha escola de formación é tamén unha das liñas que abrangue o punto formativo da militancia.
NOS_48412
9 vitorias. 6 empates. 8 derrotas. O Lugo gañou este sábado no Anxo Carro ao Las Palmas e xa está a só 3 pontos da zona da promoción.
O Lugo de Setién medra a ollos vistos. Sen sombra de timidez, é unha equipa hoxe por hoxe perfeitamente competitiva, na Segunda División estatal. Tanto que onte derrotou con clareza ao Las Palmas, un dos combos de maior calidade da categoría, sendo mesmo capaz de virar o 0-1 co que se comezou a mover o taboleiro de marcas (m. 17, Thievy). Os de Setién combinan vigor defensivo con virtuosismo na liña de criación. Ten un chisco de todo e en boas doses. A torcida responde entusiasmada: catro milleiros de seareiros déronse cita onte nas bancadas e viron como De Coz (1-1, m. 31), Óscar Díez (2-1, m. 36) e Víctor Díaz (3-1, m. 90) selaron a vitoria da súa equipa. O Lugo xa está a só 3 pontos da zona da promoción. Soñar estar permitido á beira do Miño.
PRAZA_16336
Confundimos, interesadamente, a lealdade coa submisión activa e acrítica e abonámonos no estado a unha diplomacia decimonónica. E, por riba, vendémolo como sentidiño fronte a aqueles outros que si miran polo seu con rigor e non por iso con necesaria intención, directa ou oblicua, de confrontación.
Desde finais dos anos noventa, a Xunta de Galicia foi quen de instrumentar unha acción exterior a cada paso mais xenuína impartindo certo maxisterio ata respecto a outras comunidades máis avanzadas noutros terreos. O núcleo inspirador desa proposta, articulada en boa medida en base á colaboración público-privada, era unha concepción da lealdade institucional que apostaba por desenvolver unha acción exterior propia que, á súa vez, enriquecera a política exterior do Estado con iniciativas singulares que fuxían da confrontación pero poñían en valor as capacidades endóxenas para dinamizalas con certa ambición. Desde aquí, un podía desenvolver accións, mais ou menos tímidas ou atrevidas en función do caso, instrumentando unha política atlántica ou de cara á lusofonía, ata suxerir a formación na Escola Diplomática dos responsables da acción exterior das comunidades autónomas ou tratando de convencer ao Estado da importancia de instrumentar mecanismos de coordinación e asunción compartida de obxectivos. Porque nos tempos que vivimos, o liderado non se impón cortando as alas a ninguén senón canalizando as enerxías de todos e establecendo metas singulares e comúns. Dende 2009 en diante, coincidindo co fin dunha etapa onde os sucesivos gobernos, non sempre da mesma cor política, transitaron a mesma senda, outra idea de lealdade foise impoñendo. Segundo esta, cómpre simplemente achantar e deixarse de enredos e lideiras, desandar e aplicar o que toca a toque de corneta sen rosmar. Co argumento da crise dáse o visto e prace a matizadas accións de internacionalización que descapitalizan as capacidades públicas acumuladas neste eido e embrídase todo o demais equiparando toda sorte de acción institucional a desbalde e/ou animosidade contra o Estado. Substitúese a vontade de coordinación pola imposición de directrices que apuntan a unha recentralización á alza que se estende a outros dominios. E nesas estamos. É indiferente contar con mellores ou peores documentos que recollan unhas ou outras estratexias de acción exterior con maior ou menor acerto. Sabemos para o que darán de si. De establecer aquel certo maxisterio sen por iso deixar de ter os pes na terra e desenvolver liñas de acción proactivas, pasamos agora a presumir de ser os alumnos mais aplicados sen mais ambición que obter a palmadiña de Madrid. Confundimos, interesadamente, a lealdade coa submisión activa e acrítica e abonámonos no estado a unha diplomacia decimonónica. E, por riba, vendémolo como sentidiño fronte a aqueles outros que si miran polo seu con rigor e non por iso con necesaria intención, directa ou oblicua, de confrontación. O que son as cousas: pasado un tempo, aquel Fraga que empezou dicindo que íamos "perder de novo coma no 36", chegou a ser un presidente de Galicia con habilidade para tender pontes. Con esa perspectiva, o actual, non dá pasado de virrei. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9fdbc02&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9fdbc02&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=363&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9fdbc02' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=363&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9fdbc02' border='0' alt='' /></a>
NOS_12738
Afirma que manterán a protesta até que a Xunta acepte reanudar as negociacións coa presenza da mediadora do Consello galego de relacións laborais.
Continúa o conflito entre traballadores de Xustiza e a Xunta. O comité de greve vén de fecharse na Dirección Xeral de Xustiza, nunha acción que din que van manter até que a Xunta acepta reanudar as negociacións coa presenza da presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Verónica Martínez, como mediadora. Fontes do comité consultadas por Europa Press subliñaron que a Xunta non só non cambiou a súa posición senón que "empeora a súa proposta", xa que aprazaron un ano o incremento salarial. Cómpre lembrar que esta segunda feira, a Dirección Xeral de Xustiza emitía unha instrución revogando os días de asuntos propios e vacacións xa concedidas para o mes de febreiro, ao tempo que informaba de que non se concederá ningún permiso durante ese mes. A decisión da Consellaría prodúcese tras a xornada de greve da semana pasada, secundada por máis de 90% do persoal da administración de xustiza, e diante da perspectiva dunha folga indefinida a partir do día 7.
PRAZA_19654
O 'Plan de fixación de poboación no rural' anunciado por Feijóo recolle unicamente algunhas das medidas do Programa de Desenvolvemento Rural presentado hai ano e medio e "fai medibles" iniciativas xa en marcha e orzamentadas.
O presidente da Xunta anunciou este xoves tras o Consello a aprobación do Plan de fixación de poboación no rural. Cualificado por Feijóo como unha medida "de impacto", estará dotado de 230 millóns de euros até 2020 e de 23 medidas específicas para xerar novas oportunidades no agro e "poñer en valor 330.000 hectáreas para o seu aproveitamento agrogandeiro e forestal e crear 3.000 novos empregos". O 'Plan de fixación de poboación no rural' prevé "poñer en valor 330.000 hectáreas e crear 3.000 novos empregos" Este novo plan da Xunta para o medio rural insiste nuns propósitos resumidos en "seis grandes eixos": cohesión territorial, innovación e formación, agricultura sustentable, mellora da competitividade, remuda xeracional e cooperación. Coinciden, basicamente, cos xa explicitados hai ano e medio á hora de presentar Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020, tamén até final desta década, cunha achega de 1.186 millóns de euros públicos (a maioría dos fondos comunitarios Feader) e nos que a Administración galega achegaría máis de 217. Agora, neste Plan de fixación, anuncia que se destinarán 230. "Non incorpora nada que non houbese nin achega un ero máis que non estivese orzamentado" "É un novo envoltorio de medidas que xa existen; non se pode considerar plan a algo que non incorpora nada que non houbese nin achega un euro máis que non estivese orzamentado", asegura Edelmiro López, profesor no Departamento de Economía Aplicada da USC e ex-director xeral de Desenvolvemento Rural. Refírese ás medidas xa anunciadas naquel PDR que presentou Feijóo en novembro de 2015 e que volveu explicar nunha "xornada de lanzamento" organizada na Cidade da Cultura hai agora un ano. Os "eixos" sobre os que asenta o Plan de fixación de poboación no rural coinciden fundamentalmente coas "liñas básicas" do PDR impulsadas pola UE ás que se aludiu na súa presentación: fomento da competitividade, incorporación de agricultores mozos, modernización das explotacións, ordenación do territorio, mellora da produtividade, maior calidade de vida e xestión sustentable. Os mesmos propósitos con diferentes palabras. O novo plan inclúe tan só unha parte das medidas do Programa de Desenvolvemento Rural presentado en dúas ocasións no último ano e medio Tal e como recoñece a Consellería do Medio Rural, dado que o PDR é "o plan que rexe as políticas do departamento ata o 2020, o novo Plan de fixación forma parte del". E insiste que este proxecto supón "unha forma de organización interna da Consellería e da propia Xunta" que serve para "marcar a folla de ruta a seguir nos próximos anos" pero, nesta ocasión, "facendo ademais medibles os obxectivos". Xa que logo, Feijóo presentou por terceira vez en ano e medio un plan para o rural que supón concretar e detallar medidas que xa existían nese Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 adiantado nas dúas ocasións anteriores. Pero tan só unha parte del, xa que tan só fixo referencia a 230 dos case 1.200 millóns que son, con todo, menos que o anterior PDR pola diminución da achega das administracións autonómicas e estatal. "O que fan é agrupar unha serie de actuacións xa aprobadas no PDR para falar dun novo plan que non é tal", insiste Edelmiro López, que repara no feito de que se obvien, por exemplo, toda unha serie de medidas forestais xa incluídas no programa presentado en novembro de 2015. Noutras ocasións, e en circunstancias semellantes, a Xunta tamén optou por partillar programas xa aprobados en diferentes actuacións presentadas como informes nos Consellos. Mesmas partidas, idénticos obxectivos Así, no eido da cohesión territorial, Feijóo anunciou o xoves a reordenación das parcelas, o impulso ás infraestruturas agrícolas e a actuación en arredor de 650 quilómetros de camiños para "favorecer a accesibilidade ás explotacións e aos núcleos de poboación", así como a reestruturación parcelaria. Para todo isto, destinaranse 72 millóns. Co PDR, o presidente da Xunta anunciara case 60 millóns para a "mellora dos accesos ás explotacións", investimentos en infraestruturas, modernización e, tamén, "concentración parcelaria e camiños". Feijóo anunciou 65 millóns para "garantir a remuda xeracional"; hai ano e medio falaba de 67 para "apoiar os mozos que queiran instalarse no rural" Para "garantir a remuda xeraciónal", Feijóo anunciou un investimento de 65 millóns en explotacións agrícolas, o fomento de creación de empresas "para desenvolver pequenas explotacións" e o pulo á cooperación con 7 millóns máis. Cando o PDR, o xefe do Executivo facía "especial fincapé" nesta remuda xeracional e anunciaba 67 millóns "para apoiar aos mozos e mozas que queiran instalarase para desenvolver actividades agrícolas", ademais da axuda á agrupación de produtores con 5,3 millóns máis. En canto á mellora da competitividade, o presidente da Xunta anunciou este xoves que se destinarán máis de 40 millóns para potenciar novas tecnoloxías de tranformación e comercialización, así como "tecnoloxías forestais que aumenten a eficiencia". Hai ano e medio, a eses "investimentos en tecnoloxías forestais" anunciábanselle 53,4 millóns. Alén disto, o Plan de fixación de poboación no rural ten tamén como finalidade "acadar unha unha agricultura sustentable", polo que destinará 35,5 millóns a fomentar a agricultura ecolóxica e premiar prácticas máis respectuosas co medio ambiente. Hai ano e medio, a intención era a mesma: "promover a xestión sostible dos recursos naturais e a loita contra o cambio climático". Hai doce meses, a Xunta insistía no "fomento da xestión sustentable dos recursos naturais e a loita contra o cambio climático". Neses 230 millóns destinados ao Plan inclúense tanto fondos europeos como propios da Xunta Dentro deste novo Plan, como destaca Medio Rural, "hai tanto fondos europeos como propios", ao igual que se integran ordes de axudas anuais e novas, como é o caso dos Erasmus agrarios, estadías de ata un mes en explotacións agrarias doutros países da UE para favorecer a formación. Desde a Consellería aclárase, ademais, que os 230 millóns "son os consignados para 2017" e que "se seguirán consignando nos vindeiros anos, cos obxectivos a catro anos". "Os populares galegos si traballan polo rural fronte a unha esquerda que o insulta", di Miguel Tellado Para celebrar o anuncio deste Plan, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que "os populares galegos si traballan polo rural fronte a unha esquerda que o insulta". Ademais, o número dous dos populares galegos lembrou que Feijóo xa advertiu en campaña que "intentaría converter este terceiro mandato na lexislatura do rural" e advertiu da "recuperación" do agro en Galicia.
NOS_10038
Disponibilizamos a seguir um muito interesante artigo da cantora e jornalista angolana Aline Frazão.
Na soma, só o zero é neutro. A neutralidade é o artifício dos cúmplices que, ao não se atreverem a condenar Israel, consentem a morte de mais uma vítima palestiniana. E os números vão-se multiplicando exponencialmente nas contas da vergonha. Neste preciso momento, passaram oito dias. Quase duzentos palestinianos morreram, maioritariamente civis [artigo publicado o dia 17 de Julho, neste momento a conta supera já os 500]. A morte de um israelita acaba de ser anunciada. Os números da guerra são sempre uma abstração fria e cruel da realidade, mas quase sempre nos dizem alguma coisa, por pequena que seja. Calcula-se que em Gaza setenta e três por cento das crianças menores de dois anos sofrem de anemia Passaram quarenta e sete anos e muitas vezes a Faixa de Gaza foi descrita como um autêntico campo de concentração. Ali, cerca de um milhão e meio de palestinianos sobrevivem como podem à violência e ao forte bloqueio imposto pelo estado israelita. Numa semana normal, sem bombardeamentos, Gaza é uma ferida aberta na superfície da terra. Cercada de arame farpado e de controles militares, carece de alimentos, assistência médica e de todo o tipo de infraestruturas básicas. Aquilo que os mísseis destroem em tempos de guerra não chega a ser reconstruído sem o consentimento israelita. Desde a limitação na circulação de pessoas, à detenção de palestinianos que buscam tratamento médico fora de Gaza, Israel parece não ter qualquer limite moral. Por exemplo, devido às severas restrições no abastecimento de alimentos, calcula-se que em Gaza setenta e três por cento das crianças menores de dois anos sofrem de anemia. Ocupação ilegal Do lado de lá, na Cisjordânia, cresce também o número de colonatos israelitas que vão avançando descaradamente. Trata-se de uma ocupação ilegal que viola a Resolução do Conselho de Segurança da ONU, mas isso não parece importar muito. Israel encontra aliados e parceiros por todo o mundo, começando pelos EUA e acabando em Angola. Revirando os jornais, os noticiários e as redes sociais, vemos que importantes meios de comunicação e ONG insistem em afirmar que há violência de ambos os lados, segundo um paradigma de suposta neutralidade. A lavagem cerebral, dentro e fora de Israel, é do tamanho da tragédia. É evidente, e não só pelos números, que Israel é imensamente superior, militar e economicamente, e que a Palestina se limita a resistir e a reagir. Defendem pouco mais do que a própria vida, já que a terra, essa, tem-lhes sido subtraída injustamente ao longo dos anos. Não há neutralidade inocente A neutralidade é, portanto, insustentável. Não é possível tratar os dois lados como iguais com tamanha desproporcionalidade de forças. Neutralidade é aqui sinónimo de cumplicidade com os principais agressores, com Israel. Não há neutralidade inocente nem silêncio que não esconda interesses combinados a voz baixa nos bastidores da macroeconomia. Enquanto Gaza arde, lembramos o apartheid na África do Sul. Lembramos o genocídio no Ruanda. Lembramos o Holocausto. E assim a História se vai escrevendo e apagando, entre as somas e as perdas, entre a ironia e a amnésia. E de neutra não tem nem uma linha. Artigo tirado de RedeAngola.Info
NOS_33067
Centos de persoas saíron á rúa na segunda feira respondendo ao chamamento do Bloque en prol do aborto. As mobilizacións continúan hoxe da man da Plataforma galega. Quecen motores para a mobilización nacional do 16 de xuño
Que lles quiten os rosarios dos ovarios; que parir non é o seu destino; que a sexualidade non é maternidade; que xa que elas paren, tamén deciden elas; e unha advertenza para a Conferencia episcopal española que xa se converteu no hino habitual das concentracións en prol do dereito das mulleres á autodeterminación sobre os seus corpos: vana queimar, por machista e patriarcal. Ourense, Cee, Lugo, A Coruña, Vigo, Compostela e Ferrol mobilizáronse esta segunda feira para mostrar na rúa o rexeitamento á contrarreforma que se cociña en Madrid para criminalizar a interrupción voluntaria do embarazo, pasando da lei de prazos actual (2010) a outra de supostos como a que foi aprobada en 1985. Porén, será aínda máis restritiva. Segundo as pílulas que foi deixando o ministro de Xustiza na imprensa, podería desaparecer o suposto de dano fetal e as mulleres volverán alegar enfermidade psicolóxica se queren abortar na sanidade pública. Terza e quinta feiras As mobilizacións por un aborto libre e gratuíto continúan esta semana. A Plataforma galega polo aborto convoca dúas accións: unha concentración en Vigo (farola de Príncipe, 19.30h) e unha manifestación en Compostela que sairá ás 19.30h da Praza de Galiza e que rematará cun escrache diante do Arzobispado cadrando coa conmemoración do Día internacional da saúde das mulleres. As participantes están chamadas a vestiren de lilás ou con disfraces de bispos, monxas, curas ou calquera motivo eclesiástico e portaren cirios ou candeas, facendo parodia dunha procesión relixiosa como xa se fixera en Vigo. Por derradeiro, na quinta feira, o debate no pleno do Goberno municipal dunha moción en prol do dereito das mulleres a interromperen libremente o seu embarazo, presentada polo grupo do PSdG, carrexará unha concentración ás portas de Raxoi convocada tamén pola Plataforma.
NOS_31082
Entre as parlamentares asinantes dunha carta dirixida aos órganos de goberno da UE e do Consello de Europa figuran Ana Miranda (BNG) e Lidia Senra (AGEe), ben como representantes do PCP, Podemos, Sinn Fein e Izquierda Unida. Condenan o recoñecimento de Juan Guaidó como presidente de Venezuela.
39 parlamentares de forzas soberanistas e da esquerda non socialdemócrata asinaron unha carta en relación aos acontecimentos de Venezuela dirixida ás presidencias do Consello de Europa e do Consello da Unión Europea ben como ás representacións permanentes dos estados membros da Unión. Na misiva condenan "calquera expresión de apoio ao golpe de estado en curso en Venezuela" e enfatizan que a auto-proclamación de Juan Guaidó non acha amparo na Constitución da República Bolivariana do país caribeño, para alén de ter sido rexeitada pola OEA, o Consello de Seguridade e Dereitos Humanos da ONU e o CARICOM (a Comunidade do Caribe, entidade supranacional que engloba 15 estados de pleno dereito, entre eles Xamaica, Haití e Trinidade e Tobago). "O recoñecimento de tal auto-proclamación constitúe unha severa ameaza á lei internacional e a Carta de Nacións Unidas, nomeadamente no que atinxe ao principio de non interferencia nos asuntos internos dun estado soberano", afirman as parlamentares, ao tempo que alertan de que calquera erosión do dereito internacional pode acabar resultando nunha "intervención militar estranxeira a custa do sufrimento e das vidas do pobo venezuelano". A alternativa a continuar a alimentar a escalada do conflito pasaría por apoiar desde as institucións comunitarias a convocatoria feita por México e Uruguai dunha Conferencia internacional xa axendada para esta quinta feira 7 de febreiro en Montevideo, unha cimeira aberta a todos os estados que tenciona "estabelecer as condicións precisas para un diálogo político inclusivo que poda suavizar as tensións en Venezuela e procurar solucións para unha saída política á perigosa situación actual".
NOS_54719
Contraste entre as celebracións institucionais pola Constitución española e as críticas das forzas soberanistas. En Catalunya reivindican a recuperación do Parlament en 1932.
O 43º aniversario da Constitución española decorreu no Estado entre actos institucionais de gabanza, focalizados no Congreso en Madrid, e abertas mostras de repulsa por parte dos partidos soberanistas, por ser "un instrumento para violentar dereitos democráticos básicos", sinala o texto divulgado na previa polas forzas da Declaración de Llotja de Mar (Barcelona). Bloque Nacionalista Galego, Candidatura d'Unitat Popular (CUP), EH-Bildu, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Junts, Més per Mallorca e Més per Menorca definen o texto como "deslexitimado e convertido en factor condicionante e determinante das nosas aspiracións democráticas", e que ademais impide abordar trocos estruturais. A "reforma radical" que demandan para que os pobos do Estado poidan exercer o dereito á autodeterminación é incompatíbel "cun impedimento estrutural dun futuro en democracia", como é o actual marco constitucional, salientan. O presidente de Catalunya, Pere Aragonès (ERC), cualificou de "obsoleta" a Constitución estatal e fixo un chamamento a "culminar con éxito" o proceso pola independencia por medio dun referendo. "O Govern non quere ningunha reforma, o que quere é unha Constitución catalá", incidiu, remarcando que non hai nada que celebrar o 6 de decembro. Diada de les Corts Catalanes Pola súa banda, a presidenta do Parlament, Laura Borràs (Junts), reivindicou o 89º aniversario da constitución do órgano lexislativo en 1932, após ser abolido en 1714. O Parlament "mantén vivo" o espírito co que se creou, relatou Borràs, "ser a casa de todos os cataláns, a sede da soberanía do pobo de Catalunya". A Assemblea en Defensa de les Institucions Catalanes reclama que, coincidindo co 90º aniversario, a data sexa declarada Diada Nacional de les Corts Catalanes. No que atinxe á CUP, defenderon "rachar coa Constitución española" e falar de "independencia", nas súas redes sociais. En Euskal Herria, o voceiro do Partido Nacionalista Vasco no Congreso, Aitor Esteban, apuntou que o "PNV non apoiou a Constitución, discrepamos con moitas das súas partes". Desde EH Bildu, destacan que se trata dun día normal de traballo político por "unha república vasca de libres e iguais" e sen "nada que celebrar". Acto no Congreso En Madrid, ás 12 do mediodía desta segunda feira comezaba o acto institucional no Congreso, por segundo ano consecutivo trasladado á rúa, na escalinata da cámara baixa. A única intervención correu a cargo de Meritxell Batet (PSOE), presidenta do Congreso, diante das principais autoridades estatais, incluído o presidente Pedro Sánchez, e coa ausencia das formacións soberanistas con representación na institución. Eloxiando a Constitución, Batet alertou dos perigos "de priorizar as dinámicas de enfrontamento fronte aos acordos", así como de "xudicializar innecesariamente a política", descoñecendo o "espazo deliberativo propio de todo sistema político democrático". Asemade, recoñeceu que a actividade parlamentar "pasa por circunstancias difíciles" e que as e os políticos teñen unha "especial responsabilidade en tempos de crise". Un marco con posibilidades limitadas de reforma A reforma da Constitución española, desenvolta por sete redactores dos que catro proviñan do franquismo, implica a necesidade de que tres quintas partes do Senado e do Congreso aproben a modificación, polo que só por medio dun acordo entre PSOE e Partido Popular se poden abordar cambios. O presidente do Tribunal Constitucional, Pedro González-Trevijano, subliñou onte que as reformas teñen que vir precedidas de "distensión política".
NOS_34658
Nicolás Maduro fala de xornada "histórica" e a oposición négase a recoñecer os resultados. Estados Unidos, España, Arxentina, Colombia ou Brasil negan lexitimidade ao proceso electoral que decorreu en Venezuela este domingo.
Máis de oito millóns de persoas tomaron parte este domingo en Venezuela nas eleccións convocadas para elixir 537 dos 545 deputados da Asemblea Nacional Constituínte (ANC), que terán como encomenda principal unha reforma constitucional que deberá ser ratificada por votación popular. Os oito deputados restantes corresponden ao sector dos pobos indíxenas, que escollerán estes os seus representantes na ANC o vindeiro 1 de agosto. O número de persoas que podían exercer o voto neste proceso abeiraban os 19 millóns, polo que a participación estivo en 41,5%. As persoas que votaron este domingo na Constituínte son medio millón máis das que votaron por Maduro nos comicios de 2013. E un millón máis de persoas das que a oposición afirmou que participaron no seu 'plebiscito' do pasado 16 de xullo. Desde o Consello nacional electoral (CNE), a máxima autoridade constitucional no que atinxe a procesos electorais, indicaron que foron 14.500 os centros de votación disponibilizados ao longo de Venezuela para este proceso, que foi boicoteado pola oposición. As autoridades informaron que máis de 200 centos de votación foron "asediados" para intentar evitar que se votase e que foron atacados 21 funcionarios. Mais os feitos máis graves traducíronse en mortos, 10 segundo a Fiscalía. Entre eles, un candidato á ANC, asasinado a tiros na súa casa. Estados Unidos xa anunciou medidas "contundentes" contra os integrantes da ANC Para o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, o domingo foi unha "xornada histórica" e afirmou que estabamos perante "a votación máis grande que sacou a Revolución en toda a súa historia electoral". Maduro indica que os millóns de votos mostran que a ANC "nace cunha poderosa lexitimidade popular". Non o ve así a oposición, que non recoñece este proceso electoral e di que a participación foi moito menor da que informou o CNE. Na mesma liña, estados como Colombia, Arxentina ou EUA criticaron as eleccións constituíntes e non recoñecen a súa lexitimidade. O ministro de Educación, Ernesto Villegas, afirmou que a ANC vai abrir un diálogo "político" para intentar poñer fin ao ciclo de violencia que se vive desde o pasado mes de abril en Venezuela. A constitucionalista María Alejandra Díaz, consultada por TeleSur, destaca que estes comicios mostran o carácter democrático do estado venezolano: "Ningunha ditadura convoca o pobo para que tome nas súas mans o poder constituínte orixinario e refunde o Estado". O avogado constitucionalista Hermann Escarné declara, no mesmo medio, que a ANC non vai elaborar unha nova constitución senón que procura unha modificación do estado e o ordenamento xurídico, "basicamente é engadir os programas sociais, conquistas sociais...". A Asemblea, reitera, ao igual que a de 1999, non vai disolver os poderes existentes senón que coexiste con eles.
NOS_36173
O primeiro ministro heleno lanzou unha mensaxe de tranquilidade, afirmando que as pensións, os salarios e os aforros da poboación están asegurados. O BCE mantén as liñas de liquidez mentres os ministros europeos preparan un plan B.
O primeiro ministro grego, Alexis Tsipras, anunciou este domingo a posta en marcha dun control de capitais en Grecia, con restricións na retirada de efectivo nos bancos, que pecharán esta segunda feira durante os próximos dous ou tres días. Tsipras lanzou unha mensaxe de tranquilidade, afirmando que as pensións, os salarios e os aforros da poboación helena están asegurados Porén, se albisca unha posible saída de Grecia do euro. A decisión do goberno Tsipras de convocar un referendo sobre a última oferta da Unión Europea, despois de varios días de intensas negociacións, tensou a corda o máximo. No Eurogrupo deste sábado, os ministros europeos chegaron a deixar fóra o ministro de Finanzas heleno, Yanis Varoufakis, para debater un plan B se Grecia non cedía das súas aspiracións. Os ministros europeos chegaron a deixar fóra Varoufakis para debater un plan B se Grecia non cedía co referendo. Tamén ficará pechada esta segunda feira a Bolsa de Atenas, mentres que as canles gregas apuntan a limitacións de 200 euros nos caixeiros, que rexistraron colas ante a posibilidade dun ´corralito´. As medidas do goberno de Syriza tratan de evitar o colapso financieiro do país, do que só durante o sábado saíron preto de 400 millóns de euros. Polo momento, Grecia continúa conectada as liñas de liquidez de emerxencia do Banco Central Europeo, que decidiu mantelas este domingo tras reunirse os gobernadores dos bancos centrais da zona euro.
NOS_16446
Assemblea Nacional Catalana (ANC) e Òmnium Cultural veñen de anunciar que o 11 de setembro unha gran cadea humana percorrerá toda Catalunya sumando centos de milleiros de persoas pola independencia nacional
A Assemblea Nacional Catalana (ANC) xa está a preparar a celebración dun novo 11 de setembro, unha data clave para o nacionalismo catalán. Na súa asemblea desta fin de semana co gallo do primeiro aniversario da ANC, a súa presidenta, Carme Forcadell, anunciou que ese día o soberanismo fará unha nova mostra de forza que ensine o apoio popular que a independencia nacional ten en Catalunya. "A Manifestación do 11-S foi perfeita, non se pode superar, polo que o 11-S deste ano organizaremos a gran cadea humana pola independencia ao longo de todo o territorio", anunciou. "Non sei como nin cando, mais axiña as catro barras ondearán pronto libres dentro de todos os estados de Europa " Para Forcadell, "temos que volver dicir ao mundo que non daremos un paso atrás". Acompañada da presidenta de Òmnium, Muriel Casals, esta insistíu en que "debemos enviar unnha mensaxe ao mundo todos xuntos, collidos da man para dicir que queremos ser un novo estado de Europa". Consell per la Transició Nacional Ante os milleiros de persoas que ateigaban o pavillón de Fontajau para celebrar o primeiro aniversario da ANC, Forcadell clamou "Faremos a Gran Cadea Humana pola Independencia!" para tratar de manter o impacto da "histórica manifestación que a ANC espera que forme parte do imaxinario colectivo". A ANC pechou a súa segunda asemblea xeral chamando á mobilización cidadá e co desexo de que axiña Catalunya se convirta nun estado independente. "Non sei como nin cando, mais axiña as catro barras ondearán pronto libres dentro de todos os estados de Europa ", exclamou Forcadell ante o bater de mans unánime das 3.500 persoas queasistiron a este acto. A presidenta da ANC avogou porque partidos e goberno catalá se impliquen na creación dun Consello para a Transición Nacional que vaia preparando a independencia catalana e cargou contra o que calificou de "xogo suxo" e "antidemocrático" do Estado español.
NOS_50239
Culpa a Hamás das hostilidades por non aceptar a proposta exipcia para un alto ao fogo mais fontes da organización islámica din non ter recibido formalmente a iniciativa enviada desde o Cairo.
A información é confusa desde o comezo da mañá mais os bombardeos volveron a Gaza. De feito, 6 persoas foron asasinadas en Palestina pola aviación israelí entre as 08:00 e 09:00 a.m (hora galega), segundo informan diversas axencias de noticias. Neste senso, o alto ao fogo proposto por Exipto fica roto. Israel atribúe agora a responsabilidade dos ataques á negativa de Hamás e a Yihad Islámica a frear o lanzamento de foguetes. Porén, fontes da súa dirección afirman non ter recibido a proposta enviada desde O Cairo antes do anuncio do cesamento das hostilidades. Israel podería estar a responsabilizar Hamás da ruptura do alto ao fogo para xustificar o mantemento das súas agresións "Nós non temos nada, non recibimos ningún papel, non nos importa o que Israel decidira", afirmou Sami Abu Suhri, portavoz de Hamás, en declaracións á axencia EFE, ao tempo que acrecentou, "faremos o que sexa necesario para seguir protexendo o pobo". Se ben a comezo da mañá foron difundidas declaracións doutros integrantes de ambas as dúas formacións nas que insistían en negociar previamente as condicións do alto ao fogo e as demandas do pobo palestino perante unha eventual tregua que tampouco Israel chegou a cumprir. Tel Aviv aminorou o número de bombardeos mais non os freou. Israel podería estar a seguir esta estratexia para xustificar os seus ataques contra a poboación palestina que suman máis de 180 mort@s, o 80% recoñecid@s como civís polas Nacións Unidas. "Despois de que Hamás e a Yihad Islámica rexeitaran a proposta de Exipto para un alto ao fogo e disparasen decenas de foguetes contra Israel, Netanyahu e o ministro de defensa, Moshe Yaalon, ordenaron ao exército atacar os obxectivos terroristas en Gaza", afirmou unha voceira militar en Xerusalén.
PRAZA_20283
O 15 de xullo de 1977 tiveron lugar as primeiras eleccións democráticas en 41 anos. En Galicia, UCD fíxose con 20 dos 27 escanos co 53,7% dos votos, AP con 4 representantes, por 3 do PSOE. A abstención foi do 39%, 18 puntos máis ca no conxunto do Estado.
O mércores 15 de xullo de 1977 tiveron lugar as primeiras eleccións democráticas en España en 41 anos. Uns comicios xerais rexidos aínda polas leis da ditadura (a Lei para a Reforma Política aprobada polas Cortes franquistas) e coa participación libre da maior parte das forzas políticas (mais non de todas), pero que abriron o camiño que levou ao actual sistema democrático. As eleccións viñeron precedidas de tres semanas de campaña e caracterizáronse no conxunto de España por unha elevada participación (78.83%), a maioría simple de UCD (165 deputados) e a hexemonía do PSOE na esquerda. En Galicia, no entanto, os comicios tiveron un funcionamento diferente, comezando por unha abstención moitísimo máis elevada (39.27%), sobre todo nas zonas rurais (acadou o 48% en Ourense e o 43% en Lugo). E, ademais, UCD acadou unha maioría moitísimo máis ampla, asentada tamén nun control absoluto nas localidades máis pequenas. Os centristas fixéronse do 53,7% dos votos e 20 dos 27 escanos en xogo, con 4 escanos e o 13,13% para a AP de Manuel Fraga e 3 escanos e o 15.52% para o PSOE. Entre o resto da esquerda e o nacionalismo, moi fragmentados, o PSP de Tierno Galván obtivo o 4.7% dos votos, o PCE o 3.03%, o PSG o 2.41% e o BNPG o 2.02%. Os resultados das eleccións do 15 de xuño outorgáronlle á UCD (capitaneada en Galicia por Pío Cabanillas, José Luis Meilán Gil, José Manuel Otero Novas, José Rivas Fontán, Antonio Rosón ou Eulogio G. Franqueira) o dominio absoluto da política galega ata o esfarelamento da formación entre 1980 e 1981, comandando ademais a Xunta preautonómica (que tivo de presidentes a Antonio Rosón e a José Quiroga) e o proceso estatutario, que se abriría en 1979. O primeiro número de Teima tralas eleccións amosaba na súa portada, nunha composición sobre o cadro A rendición de Breda, a Meilán Gil entregando as chaves de Galicia a Adolfo Suárez ao tempo que lle dicía "Galicia é súa, señor". No editorial da revista, titulado: Galicia, ¿en segunda división?, alertábase de que "Xa se oíron voces advertindo de que as autonomías non poden ser iguais para todos, ou sexa, que para uns serán e para outros non". No nacionalismo, os resultados levaron a inmediatas crises en BNPG (de onde marchou, entre outros, Camilo Nogueira para formar o Partido Obreiro Galego) e PSG, de onde se escindiu o Colectivo Socialista Galego de Ceferino Díaz, José Luis Rodríguez Pardo e Fernando González Laxe, que ingresaron nun PSdeG-PSOE necesitado de cadros. O finado Ceferino Díaz explicaba nunha entrevista que "dentro do PSG había unha certa inmadurez, e pensábase que este proceso democrático era provisional, que despois chegaría a ruptura, así que non había que enmerdarse moito nisto. Pero xa había moitos que pensabamos que non era así. Despois chegaron as eleccións e vimos como non pintabamos nada, que a xente que ía aos nosos actos ía tamén aos actos do PSOE, o voto foi un voto histórico e nós íamos diante do país. Unha das cousas que me fixo tomar a decisión definitiva de marchar foi cando escoito na dirección 'o pobo equivocouse' un demócrata non pode dicir iso, o pobo non se equivoca, equivocámonos nós que non soubemos conectar con el, coa realidade". No campo da esquerda sorprendeu precisamente a elevada porcentaxe de voto dun Partido Socialista case sen estrutura en Galicia, pero que se beneficiou pola lectura dos comicios en clave estatal, do elevado nivel de coñecemento de Felipe González e da fortaleza histórica da marca do PSOE. E, sobre todo, os malos resultados de PCG e do PSG de Xosé Manuel Beiras. Neste senso, Carlos Barros -daquela responsable de comunicación do PCG- explicaba que "viviamos coa idea de sendo nós o partido principal na loita contra a ditadura e esperabamos superara a outros partidos que non xogaran ese papel. Tiñamos a idea de que o PC podía conseguir un resultado que levase a un sistema de partidos parecido ao francés ou parecido ao italiano, de feito a socialdemocracia alemá estaba moi inquieta porque pensaba que na esquerda se ía formar un sistema dese tipo, cun PSOE moi feble. Polo tanto o cativo resultado e o feito de que un partido que non xogara en Galicia case ningún papel nos sobrepasase, chocounos moito. O batacazo foi enorme". Teima publicou que UCD gastara en Galicia uns 12 millóns de pesetas, por 10 millóns de AP ou 10-11 por parte do PSOE; e os restantes partidos só puideron acceder a cantidades moito máis pequenas Con todo, estes resultados cómpre contextualizalos nunha campaña electoral na que os partidos pequenos contaban con moi escasos medios e menores posibilidades de acceso aos medios de comunicación. Como mostra, a revista Teima publicou pouco despois dos comicios que UCD gastara en Galicia uns 12 millóns de pesetas, por 10 millóns de AP ou 10-11 por parte do PSOE; e os restantes partidos só puideron acceder a cantidades moito máis pequenas: PSP, dous millóns; RSE, millón e medio; PCG, 1.200.000 pesetas; a democracia cristiá, menos dun millón; o PSG, entre seis e setecentas mil pesetas e menos de medio millón o resto dos partidos. Fraga, en mangas de camisa Outro dos grandes derrotados das eleccións foi a Alianza Popular liderada por Manuel Fraga, que reunía a algunha das personalidades máis coñecidas da ditadura (os chamados "sete magníficos", como Arias Navarro, Utrera Molina ou Fernández de la Mora). Con todo, Galicia foi un dos lugares nos que o xerme do actual PP obtivo os seus mellores resultados. En calquera caso, a campaña dos populares deixou unha das imaxes destas semanas. O 6 de maio, en Lugo, o propio Manuel Fraga descendeu do estrado no que estaba dando un mitin para encararse e mesmo perseguir a un grupo de persoas que protestaba contra el. Na crónica publicada por La Voz de Galicia o día seguinte, titulada "Fraga, en mangas de camisa, se enfrentó con los interruptores del acto de Alianza Popular en Lugo", destacábase que "el secretario general de AP había descendido del estrado dispuesto a encaminarse hacia la grada desde donde partieron las voces. Recorrió un corto trecho, pero fue convencido de que abandonase la idea". O xornalista tamén informaba de que "un grupo de muchachos del servicio de seguridad de AP (serían unos 20) saltó por las vallas (...) para encararse contundentemente con los que chillaban (...) en escena aparecieron cadenas, cinturones, porras y guantes de cuero". Unha semana despois das eleccións (o 22 de xuño de 1977) Francisco Pillado foi substituído por Juan Ramón Díaz á fronte de La Voz de Galicia As eleccións de 1977 fixeron así mesmo estoupar definitivamente o conflito interno que se vivía en La Voz de Galicia entre María Victoria Fernández España, número 1 de AP pola provincia da Coruña e neta do fundador da cabeceira, e o director do diario, Francisco Pillado (que vetara a entrada nas oficinas do xornal ao propio Manuel Fraga), xornalista de esquerdas e galeguista. Unha semana despois das eleccións (o 22 de xuño de 1977) Francisco Pillado foi substituído por Juan Ramón Díaz, tralas presións de Augusto Assía e Mª Victoria Fernández España (que propoñían outros nomes máis conservadores). O detonante final fora a negativa de Pillado a publicar unha crónica de Mº Victoria Fernández España do mitin de Manuel Fraga na Coruña, que tivo que ser inserido finalmente como Publicidad Política de pago, remitida por Alianza Popular. Consulta aquí as listas completas para o Congreso e o Senado nas eleccións de 1977 (.pdf)
NOS_50528
As recentes sondaxes da BBC e YouGov apontan un importante aumento na intención de voto a Plaid Cymru, que obtería os seus mellores resultados nunhas eleccións galesas: 17 dos 60 escanos da Asemblea Nacional de Gales.
Unha Escocia gobernada por independentistas, unha Irlanda do Norte onde o republicanismo irlandés do Sinn Fein é segunda forza (e moi perto da primeira, a unionista DUP) e agora un Gales onde o Plaid Cymru podería aumentar os seus apoios e consolidarse como a forza máis importante do país tras os Laboristas. Londres non debe gostar moito do panorama que pinta en tres das catro nacións que compoñen o Reino Unido. As enquisas destes días, finais de febreiro e principios de marzo, están a sorrir ao Plaid Cymru, o partido independentista e de centro-esquerda galés. Unha formación que na súa conferencia política de primavera en marzo do ano pasado en Llangollen aprobou que convocaría un referendo de independencia cando gobernase. O inquérito de IMC para a BBC dá ao Plaid Cymru por volta de 26% dos votos e 17 dos 60 escanos da Asemblea Nacional de Gales (creada en 1999 tras aprobarse dous anos antes en refrendo). Son 5 parlamentares máis que na actualidade. Nos comicios de 2016 obtivera 12 deputados e deputadas. A sondaxe de YouGov dálle 23% dos apoios. Ambos os dous estudos sitúan o Partido Laborista como a forza máis votada nunhas eleccións galesas (34% na da BBC e 32% na de YouGov). Obtería 25 escanos, catro menos que hai tres anos. O Partido Conservador atinxiría ben 23% ou ben 26% dos sufraxios, segundo a sondaxe que se consulte. 11 deputados e deputadas na da BBC (agora ten 14). No que si coindicen ambos os dous traballos é que Liberal-Demócratas e a dereita británica pura e dura de UKIP terían por volta de 7% cada un, atinxindo así cadanseu escano. Dos 60 parlamentares para a Cámara galesa, 40 escóllense por escrutinio uninominal maioritario en circunscricións electorais individuais, e 20 elíxense por un sistema rexional no que as persoas votantes teñen un voto extra para a rexión na que residen: cada rexión -son 5- elixe 4 deputados e deputadas. Para Roger Aawn, profesor na universidade de Cardiff, as enquisas apuntan a que Plaid Cymr tería o seu mellor resultado histórico para a Asemblea galesa mentres que o Laborismo tería o seu peor comportamento nas eleccións á Cámara de Gales. No que respecta a eleccións ao parlamento británico, as enquisas mostran un escenario distinto: o Partido Laborista colocaría 26 representantes en Westminster, o Partido Conservador 10 e Plaid Cymru, 4. En setembro pasado o Plaid Cymru escolleu novo líder, Adam Price.
PRAZA_8395
O PSdeG-PSOE denuncia que a Xunta se nega a proporcionar os datos do parque de vivendas reservadas para as vítimas dos desaloxos, ao que Núñez Feijóo ten aludido en varias ocasións.
En varias ocasións o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, fixeron referencia á existencia dun parque de 500 vivendas propiedade do Goberno galego, e que están reservadas para casos de desafiuzamento. Porén, como vén de recoñecer no Parlamento o Director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), tan só 9 desas vivendas foron ocupadas por afectados polos desaloxos. "Algo está pasando cando hai miles de afectados por desafiuzamentos e só 27 solicitudes, sobre todo cando se levan producido 13.000 desafiuzamentos e hai 5.000 en trámite", di Bugallo O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, realizou unha pregunta neste sentido, para coñecer o número exacto e as características dese parque reservado. Bugallo denuncia a "inconcreción" na resposta pois Antonio Boné non foi quen de responder "cal é o número de vivendas dispoñibles para afectados polos desafiuzamentos nas cidades de Lugo, Ourense, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra e Vigo". A argumentación do representante do Goberno galego para evitar concretar a ubicación destas vivendas, baseada en que non ten importancia o lugar onde estean, non foi admitida por Sánchez Bugallo, que si cre que "é importante, porque as persoas buscan unha vivenda cerca do seu entorno e do seu posto de traballo". Si revelou o número de vivendas ocupadas -9- e de peticións tramitadas -18 en total-, o que para o socialista resulta "sorprendente". "Algo está pasando cando hai miles de afectados por desafiuzamentos e só 27 solicitudes, sobre todo cando se levan producido 13.000 desafiuzamentos e hai 5.000 en trámite", di Bugallo.
NOS_26158
Das 300 mil historias de voluntari@s que limparon chapapote do Prestige, a de Sole Méndez probabelmente sexa a máis mediática. Até Isabel Coixet a quixo incluír no documentario Marea branca, rodado cando van alá dez anos da marea negra. Mais os bocadiños da súa vida escollidos após a edición só retratan unha faciana, a romántica, a da moza de 29 anos que o deixa todo e conduce a súa furgoneta desde Estremadura até Galiza; a da nai de Alegría, a nena do Prestige, como a coñecen en Fisterra, pois o pai tamén foi voluntario. Porén, detrás do rol de nai e da etiqueta de hippie hai outra Sole Méndez.
Veu para Galiza na ponte do 6 de decembro...[Interrompe e ri] Viches o documental! Non conta a historia enteira. Vir viñen a finais de novembro, e tirei dereita para Ferrol. Ía ver o meu irmán. Había informacións que dicían que chegara alí o chapapote, mais non eran certas, e na ponte tirei para Corrubedo primeiro e a Muxía despois. Polo camiño chamáronme amigos de Estremadura que viñan para Fisterra, para ver da posibilidade de estarmos todos xuntos. Así foi como acabei aquí. "En Estremadura facía 3km na bicicleta até o ciber para informarme, porque na televisión suavizaban as cousas. Aquí atopei praias onde o chapapote me daba polo xeonllo" Como soubo do afundimento do petroleiro e que atopou ao chegar á primeira praia?Tiña amigos na Galiza porque a miña familia materna é daquí, e eles contábanme a realidade. Que si, que era verdade, que as praias estaban cheas de chapapote. Non tiña internet na casa. Daquela vivía na serra de Gata, desenvolvendo un proxecto de agroturismo e sensibilizando a poboación sobre a necesidade de recuperar as formas de vida do rural, de manter o campo vivo. Todos os días facía tres quilómetros na bicicleta até o ciber para informarme, porque na televisión suavizaban as cousas. O chapapote chegou ás praias xa o 14 de novembro, mais mantivérono en silencio. E cando viñen aquí atopei praias onde o chapapote me daba polo xeonllo, onde levantaba unha pedra e non sabía cando acabaría de limpar no oco que quedaba debaixo dela. E non era só o que limpabas. O chapapote estaba en todo. Afacíaste, mais cheiraba ao lonxe. Chegábache dentro. Lembro o que sentín ao ver Rostro --areal de Fisterra--. En La Voz de Galicia colocaban todos os días un seguimento das praias. Lembro que daquela limpaba en Langosteira e púñanlle 'galletitas dispersas', e nós, o meu grupo, só no meu recuncho, sacaramos entre 50 e 60 capachos cheos de fuel. "Após tres meses limpando fomos a Madrid coa funda chea de fuel de traballar o día anterior e pensaban que o negro era pintura" O que conta semella unha marea negra distinta da que Mariano Rajoy resumía nos famosos 'hilillos de plastilina'...[ri] Cando collías o xornal ou vías a televisión era indignante. Sentíaste impotente. Dicían que non cumprían voluntarios e estabamos co chapapote até o pescozo. O 23 de febreiro fomos a unha mobilización a Madrid coa funda chea de fuel de traballar o día anterior para demostrar que era verdade e pensaban que o negro era pintura! Levamos un bote con chapapote. Ninguén nos cría cando lles contabamos que, após tres meses limpando, aínda quitabamos capachos cheos, que tardabamos dúas horas en limpar o buraco que deixaban as pedras. Máis adiante busquei polas hemerotecas. Ollaba as frases e as datas e pensaba 'como se pode manipular así un país?' Vin moitos voluntarios galegos marchar porque estaban fartos, porque sabían que nunca se ía contar a verdade. Se a xente de aquí, a que vivía baixo o xugo de Fraga, estaba así... imaxina os que viñamos de fóra! [ri a gargalladas]Conduciu até Galiza nunha furgoneta equipada para vivir nela. Pensaba quedar para sempre?Si! Tiña unha Renault Express que me viña moi ben ao vivir na serra, para metela polos carreiros. O meu traballo era concienciar, o ecoloxismo vinculado ao rural, e pensei que era o momento de predicar con feitos. Deixei o proxecto en stand by e viñen para Galiza, mais non pensaba no tempo que quedaría, senón en ser autosuficiente, en non estorbar. "Tanto ten que afunda un barco e vos deixe negras as praias. Nas eleccións de 2003 volvésteslle votar ao PP! Que sabían eles de mar? Calquera mariñeiro tería tomado unha decisión máis atinada" Son artesá, e na furgoneta tamén ía polas feiras. Na mochila non cabe nada. No coche podes traer os 'por se acaso'... [ri] Era como unha roulotte comprimida! E na parte de atrás levaba a cama e a Neutrón, o can, porque non quería viaxar soa. Após a súa experiencia, diría que este pobo está adormecido?Agora que levo dez anos vivindo aquí diría que sodes un pobo de sufridores, que traballades moitos para enriquecer uns poucos. E tanto ten que afunda un barco e vos deixe negras as praias! Nas eleccións de 2003 --comicios municipais-- volvésteslle votar ao PP! Que sabían eles de mar? Había que lle pedir opinión á xente que está man a man con el, aos milleiros de mariñeiros que se xogan a vida, e que viven diso. Calquera podería ter tomado unha decisión máis atinada sobre que facer co Prestige.Logo non somos quen de nos erguer?Ese é outro tema. Nunca se fala do voluntariado galego. Fóra daquí aínda pensan que 'los gallegos se quedaron en su sofá, en casa', e iso é mentira. Houbo moitísima xente que foi limpar praias. Eu vin persoas de todas as idades e de todas as culturas, aínda que os veciños das zonas afectadas preferiron vernos como unha invasión de hippis que queren comer e durmir de balde. O pobo galego ergueuse daquela e rachou co mito de que preferides emigrar antes que protestar. "O pobo galego ergueuse daquela e rachou co mito de que preferides emigrar antes que protestar. Díxose que o chapapote se limpou grazas ao exército, mais o exército estivo de paso" E a comida, as potas inmensas que sacaban na televisión e nos xornais, esa comida non a xestionou nunca a Xunta! Eran as mulleres do lugar as que cociñaban, poñendo todo da súa casa, compartían do que tiñan até que se foi acabando. Eran nais ou esposas de mariñeiros que ían quedar sen traballo! Os gobernos locais tiveron que botar man, garantirnos a alimentación. Houbo que lidar coa Xunta e non todos os concellos estaban dispostos a reclamar.Hai outra cousa máis: díxose que o chapapote se limpara grazas ao labor do exército e iso é mentira. Non nego que houbese un ou dous que traballaran, mais o exército polas praias da Galiza estivo de paso. Que espera dun xuízo que arrinca sen exixir responsabilidades políticas?[ri] Esperamos dez anos para nada. O xuízo é un circo. Aí está o pobre Mangouras, que era o capitán do barco e terá a súa responsabilidade, mais todos sabemos que non é máis que un cabeza de turco. O único político imputado tampouco se lle reclama demasiado --fala do ex-director xeral da Mariña mercante, José Luis López-Sors, imputado por imprudencia grave polo rumbo errado que mantivo o barco deambulando seis días fronte á costa galega--. Ningún deles vai pasar nunca necesidades. E Fraga? Deu unha imaxe penosa coas súas cacerías, igual que Aznar... cunhas declaracións que son dignas do guión dun cómic. Entre todos demostraron que son persoas que cobran inxentes cantidades de cartos e que calquera persoa de a pé tería tomado mellores decisións para evitar a catástrofe. "O xuízo é un circo. Aí está o pobre Mangouras. Todos sabemos que non é máis que un cabeza de turco" A súa foto no perfil do Facebook di que 'La alegría es un acto revolucionario'. No seu caso é especialmente certo...Si! Eu nunca quixen ter fillos, parecíame unha putada traelos a un mundo en que eu non cría. Sempre me dicían iso de que se me pasaba o arroz, mais até que cheguei aquí estaba convencida de que non os tería. Cando quedei embarazada o primeiro que me veu á cabeza foi non tela. Mais foi o día da muller traballadora, e eu estaba en Fisterra... e torcín cara ao outro lado e tívena. Chámase Alegría, que era o berro de ánimo que saía sempre, limpando ou nun brinde unha noite de festa, porque tamén tiñamos moita vida social e os domingos faciamos excursións para coñecer Galiza. Teño outro fillo que naceu en 2006. Chámase Lume, e non lle puxen o nome pola vaga de lumes dese ano! [ri a gargalladas] Que moitas persoas xuntas poden mudar cousas non son só palabras. E iso ensinoumo Galiza.
NOS_54640
Será nas sete grandes cidades galegas e funcionarán en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas
A Xunta da Galiza habilitou este sábado dispositivos móbiles en diferentes puntos das sete cidades galegas onde ofrece a realización de tests de antíxenos á poboación que non dispoña da pauta completa de vacinación, así como a expedición do correspondente certificado co resultado desta proba. Tal e como informou a Consellaría de Sanidade nun comunicado, estes dispositivos contarán con persoal de enfermaría e funcionarán en horario de mañá de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas. A Xunta realiza esta experiencia piloto coa intención de "aumentar a capacidade diagnóstica da Galiza" e quere, deste modo, "axudar a cidadanía galega a familiarizarse con este sistema co que se verá obrigada a convivir mentres a situación epidemiolóxica non mellore e o proceso de vacinación non alcance a unha porcentaxe aínda maior da poboación". Sanidade indicou ademais que o Goberno galego traballa cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos da Galiza "para deseñar un protocolo de validación dos autotests" que están dispoñíbeis sen prescrición médica nas farmacias. "Este protocolo permitiría a validación por parte dos profesionais da farmacia da identidade da persona diagnosticada e da correcta aplicación da proba, permitindo deste modo certificar a autenticidade do seu resultado e que o mesmo sexa válido para permitir o acceso ás actividades que, segundo as novas medidas de restricións aprobadas, requiran dispor, entre outras opcións, dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa", explicou o departamento da Xunta. Localizacións Na cidade da Coruña, o punto de realización de test de antíxenos instalouse na chaira do Pavillón de Deportes de Riazor; en Lugo, na Praza Maior; en Ourense, no Xardín do Posío; en Pontevedra, na Praza de España; en Santiago, na Praza Loura; en Vigo, na chaira do Náutico; e, en Ferrol, na Praza da Constitución. En Pontevedra, o horario de atención será de 12 a 14 horas, e de 16 a 20 horas da tarde.
NOS_3053
"Uxía é embaixadora e pioneira da amizade galego lusófona por excelencia, con especial destaque no campo da música". Así argumenta o proxecto aRi[t]mar o premio especial do xurado outorgado á cantora e activista cultural.
"Co seu traballo delongado leva abertos novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía", engade, "cun labor permanente de reinserción da cultura galega no seu verdadeiro espazo natural". Amais da súa propia obra musical, Uxía foi unha das impulsoras do festival Cantos na Maré de Pontevedra e a súa directora musical. Este encontro pon o foco nas músicas de expresión galega e portuguesa. Os premios aRi[t]mar concédeos a Escola Oficial de Idiomas de Compostela e teñen "por obxectivo divulgar a música e a poesía galego portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa Lusofonía". Amais deste premio especial do xurado, hai distinción para as mellores músicas portuguesa, Efeito do observador dos Azeitonas, e galega, Que non mo neguen de Tanxugueiras. Até o 20 de maio aínda se pode votar nos premios aos mellores poemas, que serán tres galegos e tres portugueses.
NOS_2036
O uso deste psicoactivo é cada vez máis precoz e os homes consomen máis que as mulleres.
Tres de cada dez mozos e mozas consumiron cannabis, cando menos, unha vez na vida. Así se desprende da Monografía do cannabis 2022. Consumo e consecuencias, un informe que o Ministerio de Sanidade vén de actualizar o pasado mes de setembro. O documento chama a atención sobre a prevalencia desta substancia entre as persoas máis novas, pois até 28,9% mozos e mozas de entre 14 e 18 anos probárona nalgún momento, un rexistro tres décimas superior á media do Estado español (28,6%). Este mesmo estudo evidencia que os homes son máis propensos a consumir cannabis (32,3% dos galegos) que as mulleres (25,3%). No que atinxe ao uso habitual deste psicoactivo, de media case unha de cada catro persoas mozas (23,7%) consumírono nos doce meses anteriores á realización da enquisa —que contou na Galiza cunha mostra de 1.244 persoas—, con 27% dos homes por volta de 20,4% das mulleres do país. A nivel estatal, 22,2% dos mozos e mozas botaron man desta substancia no último ano. Con todo, se ben o consumo de cannabis ten unha elevada incidencia entre a mocidade, este increméntase conforme avanza a idade das persoas enquisadas: 32,3% da poboación galega de entre 15 e 64 anos de idade probouno algunha vez na vida, e até 8% fíxoo nos últimos doce meses. A cifra é inferior á que reflicte o conxunto do Estado: 37,5% de persoas no primeiro caso e 10,5% no segundo. A nivel global no conxunto da sociedade galega, 40,7% dos homes consumiron o psicoactivo cando menos unha vez, mentres no caso das mulleres a porcentaxe redúcese a 23,9%, sendo este un dos rexistros máis baixos entre os territorios do Estado español. Outro dato salientábel deste informe é a idade media de inicio no consumo de cannabis —contando o conxunto da poboación desde os 15 aos 64 anos—, que na Galiza é levemente superior aos 18,5 anos a nivel estatal, con 18,6 anos. Canarias (17,5) é o territorio máis precoz neste asunto, mentres o consumo é máis tardío na Rioxa (19,1). Mais o documento pon o foco en que cada vez é máis temperán o uso do cannabis, polo que a idade media de inicio de consumo entre as persoas que no momento da enquisa (2021) tiñan entre 14 e 18 anos é de 14,9 anos a nivel estatal, unha cifra practicamente sen variacións nas últimas tres décadas. O dato desglosado por territorios, porén, non se ofrece, se ben, tendo en conta o resto da estatísticas, será previsibelmente moi semellante. Aliás, e tamén valorando os datos estatais, 2,9% da poboación consume cannabis a diario. "Malia que o consumo adoita ser experimental, algúns consumidores presentan un patrón de consumo problemático" Con base nestes rexistros, o Monográfico conclúe que o cannabis é, "con diferenza, a droga ilegal máis consumida pola poboación do Estado español en todas as idades", nomeadamente como marihuana ou haxix, ao que cómpre engadir o xurdimento dunha "gran variedade en Europa de produtos cannábicos". "Malia que o seu consumo adoita ser experimental, normalmente concentrado nun período curto ao final da adolescencia ou o inicio da idade adulta, algúns consumidores presentan un patrón de consumo problemático, chegando a ter que iniciar tratamento para o abuso ou a dependencia desta substancia", engade o documento.
NOS_44651
A orquestra conmemora o aniversario cunha xira de concertos.
A orquestra folk galega SonDeSeu, creada na Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (Etrad), festexa o seu 20 aniversario. "20 anos de transformación orquestral da música de tradición oral" que que serán celebrados ao longo da primavera con catro actuacións especiais en formato acústico. O primeiro dos concertos terá lugar, precisamente, na cidade que viu agromar a orquestra, Vigo. O 12 de maio, o Teatro Afundación acollerá a actuación inaugural desta pequena xira galega. Nove días despois, o 21 de maio, SonDeSeu visitará o Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Xa de cara ao mes de xuño, a orquestra achegarase á cidade da Coruña e á capital do país, Compostela, primeiro ao Teatro Colón (3 de xuño) da cidade herculina e despois ao Auditorio da Galiza (18 de xuño) de Santiago de Compostela. SonDeSeu é unha orquestra que naceu hai dúas décadas como "unha actividade de conxunto instrumental coa intención de facer e compartir, colectivamente, a música tradicional galega". Co paso dos anos, a entidade medrou a base de "ilusión, esforzo e xenerosidade colectiva, tanto por parte do alumnado como do seu profesorado, creando novas vías para a comprensión da evolución das músicas de raíz desde a óptica do século XXI", apuntan desde a orquestra. Figuras e mestres como Rodrigo Romaní, Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xisco Feijoó, Xaquín Xesteira, Alfonso Franco e Xosé Liz, forman parte deste proxecto educativo e musical que favoreceu a creación dunha non só prometedora, senón efectiva canteira de músicas e músicos que transmiten a tradición desde a contemporaneidade. Durante estes 20 anos, ademais, bandas e artistas como Treixadura, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Uxía Senlle, Carmen Paris ou Nino Galissa colaboraron dunha maneira estreita con SonDeSeu. Creatividade colectiva "A suma da creatividade colectiva e intención de posta en valor da música de raíz ao longo destas dúas décadas deu lugar a numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk ou eventos ao vivo (Libro branco da Educación en Música tradicional, O canto das Illas ou Arraianos), iniciativas que sitúan SonDeSeu como un gran referente da música galega", manifestan desde a orquestra.
NOS_57727
Esta quinta feira, o semanario Sermos Galiza dedica o seu A Fondo ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Será un A Fondo moi especial, un A Fondo realizado integramente polo IES Poeta Díaz Castro, con participación destacada do alumnado.
O corazón deste 17 de maio está no IES Poeta Díaz Castro. Desde hai dez anos, cando se mudou o nome do centro, toda a comunidade educativa traballa por difundir a obra e a figura do poeta dos Vilares. Agora, despois de moito traballo e entusiasmo, están de festa e unha das conmemoracións é o noso A Fondo realizado integramente polo centro educativo, con participación destacada do alumnado. Desde a directora até pais e nais ou traballadoras e traballadores, toda a comunidade educativa leva dez anos traballando para que se recoñeza a dimensión do poeta Xosé María Díaz Castro. Aí naceu a proposta de mudar o nome ao centro, a idea de pendurar en toda a fachada o nome "Penélope" evocando o poema máis coñecido do autor, de elaborar un documental todo feito na casa para difundir a súa figura e de petar con forza na rúa Tabernas para que as portas se abriran ao autor de Nimbos. "Trátase do primeiro A Fondo que se elabora desta maneira, co alumnado dun centro público como principal protagonista". Agora están de festa e esta sexta feira estrean "Os camiños esquencidos", unha curtametraxe de ficción que reconstrúe unha historia na que Díaz Castro é protagonista a través dun vello que cre ser o poeta. Nesa mesma xornada, ás 11 horas, no propio IES o conselleiro delegado de Sermos Galiza, Xoán Costa presentará o A Fondo que esta semana ten unha autoría moi especial xa que nace no propio centro e ensino público que reivindica desde hai dez anos a Díaz Castro. Trátase do primeiro A Fondo que se elabora desta maneira, co alumnado dun centro público como principal protagonista. O A Fondo é do IES Díaz Castro desde a primeira até a última páxina e, alén dos materiais elaborados polo propio alumnado, a directora do centro, Olga Aguiar e o presidente de Xermolos e ex-profesor do IES e amigo e gran coñecedor de Díaz Castro, Alfonso Blanco, relátannos a maneira de traballar de forma participativa durante todo este tempo e a integración de toda a comunidade educativa nun proxecto conxunto. Alén diso, as palabras de Díaz Castro vistas polo alumnado, os relatos sobre o poeta ou as visións persoais dun alumnado para o que o 17 de maio é o seu día, o Día das Letras Galegas que tanto tempo levan agardando, a festa da que todos e todas son partícipes.
PRAZA_9138
Os museos e as institucións culturais deberán camiñar cara un modelo de xestión inclusivo, sostible e responsable, que garanta un acceso democrático á programación que apoie a produción contemporánea e a súa proxección exterior. Por Paula Cabaleiro
1.- O cambio de paradigma dos anos 80: a renovación de Atlántica Para analizar o panorama das artes plásticas e a xestión cultural en Galicia dos últimos 30 anos, temos que entender primeiro o cambio de paradigma que supuxeron os anos 80 nese camiño emerxente e enerxético cara a contemporaneidade. Un efervescente movemento sociocultural e político xurdía en Vigo, como foco rexenerador, estendendo por toda a comunidade un xerme prolífero e innovador na creatividade en todas as artes. O foco tiña nome. O Grupo Atlántica, impulsado polo crítico Román Pereiro e formado por artistas novos que reivindicaban a súa identidade cultural e o individualismo artístico, achegou a Galicia as correntes máis internacionais, rachando coa ollada folclorista e costumista imperante ata esta etapa de transición democrática. Cunha plástica completamente renovada, este grupo multixeracional reivindicaba o pasado, recuperando o etnográfico, a tradición da pedra e da madeira, o mitolóxico, así como a simboloxía relacionada co mundo precristián, céltico e a chamada "expresión atlántica", denominada así polo crítico Antón Castro. E chegamos aos anos 90 da man deste grupo transgresor de intelectualidade e activismo artístico e social que situou a Galicia no mesmo plano das correntes contemporáneas máis internacionais. 2.- Anos 90: o nacemento da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e a emerxencia do Centro Galego de Arte Contemporánea. Formación e formulación. No ano 1990 iniciaba a súa andaina a Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Este feito ía traer consigo unha impronta ineludible para a cidade e, en definitiva para Galicia, xa que os artistas que ata entón tiñan que marchar a formarse a Madrid, Salamanca, Sevilla ou Bilbao, agora vían a posibilidade de facelo na Universidade de Vigo. Mais alá das infraestruturas da facultade, o espazo urbano converteuse en escenario de experimentacións artísticas, intervencións, performances, prácticas contemporáneas, acollendo a futuras fornadas de artistas chegados alén das terras galegas.En 1993 nace o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) en Santiago, o que será o fito máis importante para o sector, con fin de promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea e garantir, conservar e difundir un legado patrimonial, formado agora por unha colección de máis de 1.200 pezas adquiridas ou doadas por coleccionistas, particulares e institucións dende 1995. Aínda que o museo se abre en 1993, non será ata 1995 cando bote a camiñar cun plan de acción deseñado por Gloria Moure, tras unha serie de debates organizados polo Consello da Cultura Galega sobre o papel que debería xogar o buque insignia da arte contemporánea galega. O CGAC foi dende entón impulsor de cambios moi significativos, conectando a escena artística galega coas correntes máis internacionais, ofrecendo espazos de diálogo, comunicación, educación, aprendizaxe e profesionalización a través dun programa ambicioso de exposicións, enriquecido por un programa de actividades máis amplo e transversal. Estabamos nese momento ante unha importante ferramenta de transformación social, que marcará a identidade da nosa comunidade cultural e artística, especialmente das novas xeracións de creadores e creadoras. Ao amparo e dependencia da Consellería da Cultura e Educación da Xunta de Galicia, o CGAC foi guía no proceso de nacemento doutras institucións culturais que se darían nos anos seguintes, configurando un ecosistema das artes plásticas moito máis rico e moderno.3.- Anos 90 e comezos do novo século: aparición (e actualización) doutras institucións e entidades culturais que debuxan o mapa actual. Visibilización, proxección, apoio á produción e colección. En 1995 fundarase un dos museos de carácter privado que más reactivou o eido das artes plásticas en Galicia: o MACUF en Coruña. O "actual" MAC da Fundación Naturgy (que recolleu a estela do proxecto fundado pola finada Unión Fenosa e da posterior Fundación Gas Natural Unión Fenosa) consolidouse como un dos referentes expositivos, máis tamén como lugar de encontro para artistas e público, cunha programación de exposicións que discorren entre o panorama local e o internacional. Cunha importante colección de arte e cunha intensa oferta de actividades culturais e didácticas, este museo sempre destacou por un prolífico programas de apoio á produción con residencias artísticas e importantes bolsas de creación no estranxeiro. A meirande parte dos artistas galegos con certa proxección exterior contan no seu currículo con algunha destas axudas e coa participación nalgunha das súas coñecidas "Mostras" polo que podemos valorar como un dos moi relevantes vínculos da arte contemporánea co mundo empresarial en Galicia. Neste momento o museo está a vivir unha situación tráxica: en outubro do pasado ano anunciouse o seu peche inminente, por non ser unha prioridade estratéxica (nin económica) da actual empresa xerente Naturgy. A pesar das concentracións do sector cultural e toda unha campaña para impedir a medida, o 30 de decembro executouse a decisión, aínda que continúan as negociacións entre o Concello da Coruña (en colaboración con outras institucións públicas) e a empresa, para tentar manter o museo, coa súa actividade no mesmo edificio, así como a conservación da súa colección. Mais, polo de agora, non se comunicou ningún avance ao respecto. As súas portas seguen pechadas.No eido das bolsas de creación, tamén é salientable o papel das deputacións provinciais, que mediante a creación de bolsas foron capaces de apoiar e proxectar o potencial creativo dos nosos artistas. Serán propulsoras de grandes proxectos expositivos, en espazos propios e mesmo alleos, destacando museos e salas dependentes dos seus orzamentos que a día de hoxe seguen a ser incuestionables na oferta expositiva: o Museo de Pontevedra (e o Sexto Edificio), o Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, a Rede Museística, a Capela de Santa María e a Sala de Exposicións do Pazo San Marcos en Lugo, son algún exemplos claros. Entre os grandes proxectos promovidos polas Deputacións, sobresae a histórica "Bienal de Pontevedra", que finaba en 2010 despois de 31 edicións, supoñendo un fito de carácter internacional que achegaba propostas de gran calidade e modernidade, ademais de supor unha interesante colaboración con prácticas de alumnado da Facultade de Belas Artes. E algún dos seus certames como "Novos Valores" de Deputación de Pontevedra, "Certame de Arte Plásticas" de Deputación de Ourense, "Certame Jesús Núñez de Arte Gráfica" de Deputación de Coruña ou os "Premios Luis Ksado" de Deputación de Lugo, seguen a supoñer un importante folgo para artistas emerxentes.Neste punto tamén é importante salientar o papel das "caixas" no desenvolvemento da arte contemporánea en Galicia, na colección de obras dos artistas máis relevantes e na programación dos seus espazos expositivos. As actuais coleccións de ABANCA e Afundación (entidades resultantes das diferentes fusións e mutacións da entidade bancaria e a súa obra social e cultural) recollen un dos legados máis significativos da arte galega dende o segunda metade do século XIX ata a actualidade. Así mesmo, con multiplicidade de sedes e espazos en todas as cidades galegas, constituíron (e constitúen, aínda que en menor medida) un espazo de divulgación constante da arte galega (esencialmente).Na década dos 2000, aparecen novas institucións de arte contemporánea que virán enriquecer a oferta de espazos culturais no noso territorio. En 2002 nacerá un dos máis novos museos de Galicia, o Museo MARCO de Vigo, converténdose na provincia de Pontevedra no referente indiscutible no eido da arte contemporánea. Se ben a súa definición como "museo" alude ao termo colección, o MARCO non ten colección propia e funcionaba como centro de arte contemporánea, con exposicións temporais e un conxunto de actividades paralelas das que o programa educativo é unha parte esencial. Dende 2017, coa dimisión do derradeiro director Iñaki Martínez, a situación do museo sitúase nunha deriva problemática (e polémica) que pon en risco a continuidade da entidade coas mesmas premisas coas que abriu as súas portas en 2002. Neste momento, e tras todo un movemento social e cultural baixo o lema "Marco #AsíNon", o Concello publicou unha convocatoria de dirección, que aínda fica sen resolver, mais semella que o MARCO non volverá ser o museo que foi, en canto a liñas estratéxicas e de traballo.Pouco despois emerxerán outras institucións museísticas, que si ben non son espazos destinados concretamente á arte contemporánea, si acollen propostas actuais na súa programación, como a Fundación Luis Seone (2003), o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura (2012) ou o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (2013). Xunto a estes espazos, poderíamos recoñecer outros, que configuran programacións contemporáneas nas que as artes plásticas teñen certo protagonismo. De carácter municipal, provincial ou autonómico: Pazo da Cultura (Pontevedra), Casa das Artes (Vigo), Museo do Mar (Vigo), Fundación Laxeiro (Vigo), Museo Municipal de Ourense, Fundación Eugenio Granell, a recentemente desaparecida Casa da Parra, Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia e Zona C (Santiago), Kiosko Alfonso e Palexco (Coruña), Museo MIHL ou Centro Cultural O Vello Cárcere (Lugo), Centro Torrente Ballester (Ferrol) ou Museo do Gravado (Ribeira). Entre os espazos de fundacións privadas dedicadas ás artes plásticas contemporáneas destacan Fundación RAC (Pontevedra), Fundación María José Jove (Coruña), Fundación CIEC (Betanzos), Fundación Manolo Paz (Cambados) ou Fundación DIDAC (Santiago). E as nosas universidades tamén apostaron por emprender espazos propios de exhibición como a Sala X (Pontevedra), Sala Alterarte (Ourense), Igrexa da Universidade ou Colexio Fonseca (Santiago) ou a innovadora Sala Normal (Coruña). Alén dos programas expositivos, algunhas destas entidades tamén avogan por unha aposta polos novos valores da arte galega a través de convocatorias e premios: "Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas" do Auditorio de Galicia, "Encontro de Artistas Novos" da Cidade da Cultura de Galicia, "Premio de Arte Internacional Bienal ArteJove-n" da Fundación María José Jove, "Premio Máximo Ramos" do Centro Torrente Ballester, etc. E en canto á xestión cultural e comisariado, é salientable que algunhas destas institucións tiveran celebrado interesantes convocatorias como o "Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para Novos Comisarios" do MARCO ou as convocatorias de proxectos que segue abrindo a Zona C.Este panorama debuxa unha comunidade con multiplicidade de espazos culturais (públicos, na meirande parte dos casos) que acolleron (e acollen) propostas expositivas diversas, experimentais e vivas de arte contemporánea. Pero a situación non semella tan amable para o sector. A falla de políticas culturais efectivas que debuxen un marco de acción conxunto, que marquen estratexias e liñas de traballo, obxectivos comúns e metodoloxías, fai de Galicia un terreo de iniciativas atomizadas en canto a tecido cultural e artístico.Nos últimos dez anos, a crise económica afectou gravemente ás partidas orzamentarias de moitas institucións culturais, que sen poder executar proxectos a longo prazo por falla de recursos (tamén humanos), realizan unha programación "de supervivencia" que moitas veces atenta contra as boas prácticas estipuladas polo propio sector. O que falla é a continuidade. E sen continuidade, as artes contemporáneas teñen que buscar novas formas de "resistir", máis aló de seguir formando parte das programacións que estas entidades seguen a realizar.4.- O mercado da arte: o papel das galerías e o fracaso das feiras de arte en Galicia. Se ben observamos a problemática da crise no ámbito institucional artístico na nosa comunidade, se nos achegamos ao ámbito privado máis relativo ao mercado da arte, Galicia semella non ter tido pulso para resistir nos últimos anos.Houbo un tempo recente no que eramos fortes na feira de ARCO, coa representación habitual en Madrid de galerías como as compostelás Trinta, Factoría Compostela ou a hoxe desaparecida SCQ e as viguesas Ad Hoc, Bacelos ou PM8. Dende 2017, a presencia galega en ARCO viuse reducida a dúas galerías: as viguesas Bacelos e PM8. E outras galerías como Ana Vilaseco (Coruña), Clérigos (Lugo), a desaparecida Espacio 48 (Santiago de Compostela), Moret Art (Coruña) ou Marisa Marimón (Ourense) eran xa moi recoñecidas no noso ámbito. Tamén houbo un tempo no que mesmo tiñamos a nosa propia feira de arte: Puro Arte(2006-2009) e Espazo Atlántico(2010-2011), no IFEVI de Vigo.Pero as galerías galegas sentiron o forte impacto da crise, sendo o peche de SCQ en 2012, a primeira pegada máis significativa. A crise económica e da industria inmobiliaria (de onde proviñan moitos mercadores de arte) acabou co (xa escaso) número de coleccionistas que había en Galicia, sumándose ao cese en adquisición de arte por parte da Administración Pública e das entidades bancarias. Pero a pesar do peche de moitas galerías, o tecido tamén se viu en parte rexenerado co nacemento doutras novas que, cun perfil máis actualizado e híbrido (en canto ao seu modelo de xestión, actividades e servizos), pelexaron (e seguen a pelexar) por levantar o mercado da arte na nosa comunidade. As outras feiras madrileñas, que discorren de xeito paralelo a ARCO, posúen nas súas listaxes moitos nomes de galerías galegas que seguen "mercando" prestixio na semana da arte por antonomasia a nivel nacional.Como resultado da resistencia á crise, o modelo de galería abriuse e rompeu as súas lindes anacrónicas: celebran actividades culturais, obradoiros, ofrecen servizos de asesoría, taxación, peritaxe ou representación, comparten espazos, etc. E moitas delas colaboran coa Universidade, recibindo alumnos e alumnas en prácticas, para coñecer de primeira man a xestión dunha galería de arte.E mesmo o formato de feira tamén mudou. Proxectos novidosos como Cuarto Público levaron ás habitacións do NH Collection Santiago propostas artísticas (2013-2016) e a últimas edicións de Culturgal (Pontevedra), xa incorporaron a Arte Contemporánea como unha das súas seccións. 5.- Modelos de xestión e liñas estratéxicas, formación e situación d*s profesionais do sector. Analizando o panorama institucional que percorríamos nos anteriores apartados, podemos concluír que as nosas institucións culturais parten dun financiamento primordialmente dependente da Administración Pública (de xeito directo ou a través do acceso a subvencións, convocatorias ou concursos), inclusive aquelas fundacións ou entidades privadas que custodian bens de interese patrimonial ou realizan actividades relacionadas coa cultura contemporánea. Este factor é común a outras comunidades autónomas do país, sendo froito (alén cómplice) dun ecosistema cultural pobre, pouco sostible, que moitas veces limita os contidos culturais a aqueles máis populistas (e mesmo "prefabricados"), atendendo así as demandas dunha cidadanía pouco formada no ámbito das artes e da cultura en xeral. Uns orzamentos públicos minguantes a pasos axigantados, unha (moi) escasa colaboración coa empresa privada, unha insuficiencia de persoal cualificado en cada área, sumado a un público pouco educado no valor social, intelectual, identitario e económico da cultura, provoca un tecido débil e atomizado en propostas, contidos, axentes e espazos xeradores no ámbito das artes plásticas. Algúns museos públicos, sendo o CGAC un claro exemplo neste momento, persisten (e resisten) cun número irrisorio de profesionais para a envergadura do centro, o que dificulta ofrecer unha maior oferta de programación e a atención pormenorizada da mesma. Sen embargo, observamos que aqueles espazos que conseguen manter unha programación estable (e responsable) a pesar dunha financiación escasa, se moven no camiño cara a museoloxía social, inclusiva, accesible, transversal, cun maior peso en áreas como a didáctica, a mediación ou a comunicación. Os centros e museos de arte contemporánea en Galicia propoñen, cada vez máis, unha carta diversa de contidos e actividades, cunha maior colaboración interinstitucional, así como tamén coa comunidade educativa, o que aporta certa esperanza en canto a formación cultural e sensibilización das novas xeracións.Sen embargo, non todo é pesimismo e resistencia neste momento. No eido da xestión cultural, Galicia avanzou moito nos últimos anos en canto á oferta de formación tanto académica, universitaria, institucional ou independente. Mestrados, posgraos e cursos de especialización en xestión cultural e patrimonio, arte contemporánea, didáctica, mediación e comunicación cultural, fan da nosa comunidade un territorio que atende a necesidade de formar a profesionais do sector para promover a educación cultural da cidadanía. E son moitas as institucións que ofertan actividades formativas de cara a fortalecer a comunidade de profesionais do sector, partindo do seu propio equipo de traballo. Iso é o máis importante, xa que para crecer cara fóra, debemos corrixir, mellorar, reforzar capacidades cara dentro.Onde seguimos a ter moito que avanzar é no ámbito das boas prácticas. Os artistas seguen a ser o chanzo máis débil da cadea, estando nunha situación de desamparo e precariedade que só se pode salvar e superar co compromiso de institucións, entidades, profesionais da xestión, programadores/as, comisarios/as e xestores/as. Algunhas asociacións como a AGPXC (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural) ou A Colectiva (Asociación Profesional de Artistas de Galicia) levan traballado moito na elaboración de manuais de boas prácticas e na visibilización daqueles proxectos responsables que cumpren cos parámetros establecidos polo sector. 6.- Conclusións: cara unha xestión responsable, máis accesible, sostible e democrática que garanta un futuro con artes plásticas. A cultura (e por extensión a arte) sempre foi un terreo de resistencia. Alén das crises que azoutaron ao sector e das malas prácticas executadas polo mesmo, onde a falla dunhas políticas culturais responsables non acatou os erros cometidos, Galicia demostrou unha fortaleza creativa ineludible e unha identidade cultural que, a pesar dos diversos cambios destrutivos no ecosistema, se mantivo viva en todo momento.Unha escena artística e creativa rica, cunha boa infraestrutura de espazos e entidades culturais, debería ser quen de demandar unhas políticas culturais eficaces e responsables que interveñan en beneficio da cidadanía e dos seus dereitos. Porque nunca esquezamos que a cultura é un dereito.Os museos e as institucións culturais deberán camiñar cara un modelo de xestión inclusivo, sostible e responsable, que garanta un acceso democrático á programación (tanto por parte dos axentes activos do sector como por parte da cidadanía), que apoie a produción contemporánea e a súa proxección exterior, poñendo en valor o legado patrimonial de Galicia, actualizando a ollada coa que nos achegamos ao mesmo. E nesta responsabilidade compartida, deben estar implicadas todas as partes: as institucións culturais, os axentes do sector e por suposto, os creadores e as creadoras que constrúen a materia prima coa que cobra sentido o mundo: a arte.
NOS_12051
Pontón sinala Galiza precisa un Goberno "que confíe non seu potencial e poña en marcha unha nova estratexia económica que aposte pola reindustrialización".
Máis de 200.000 galegos e galegas, a maioría xente nova, colleu as maletas na última década nun país cunha grave crise demográfica ao que se suman as negativas consecuencias en termos económicos. Así o pon de manifesto o Bloque Nacionalista Galego, que quere ten esta circunstancia presente no su programa electoral. Nun encontro virtual, a candidata nacionalista á Presidencia, Ana Pontón, falou esta quinta feira con algunhas desas persoas para coñecer a súa situación de primeira man."Queremos poñer o foco nun dos grandes problemas do país: que miles de persoas na última década tiveron que saír fora ante a falta de expectativas e oportunidades de traballo na Galiza", indicou, o que supón "un problema en termos económicos pero tamén en termos sociais nun país cunha crise demográfica tan fonda". Urxe un cambio real porque "non podemos seguir vendo como a xente moza ten que optar entre a emigración ou a precariedade e o cinco de abril temos a ocasión de facer unha aposta por cambiar o modelo económico que expulsa fóra a milleiros de persoas do país". Para iso, subliñou, "a Galiza precisa un Goberno que confíe no país, que confíe non seu potencial". Entre as propostas do programa de goberno do BNG, a posta en marcha dun Plan Retorna para facilitar o regreso, con participación social e sectorial e con orzamento específico. "Incluiría medidas de apoio para as empresas que contraten retornados, apoio económico para fomentar o autoemprego e poñer en marcha unha estratexia que nos permita recuperar as persoas obrigadas a marchar", explicou Pontón. A candidata nacionalista incidiu na necesidade de mudar a política económica da man dun Goberno que confíe no país, "que confíe non seu potencial e poña en marcha unha nova estratexia económica que aposte pola reindustrialización, pechando ciclos produtivos desde un punto de vista sustentábel". Nesa nova política económica o apoio ao I+D+i é chave "porque a investigación non pode seguir sendo sinónimo de precariedade", e poñer en marcha medidas "para que os mellores cerebros que agora traballan fóra se recuperen para o país". Desde a Administración, sinalan no BNG, pódense adoptar medidas para acabar coa precariedade, "por exemplo non contratar con ETTs e favorecer que a contratación pública prime ás empresas privadas con condicións laborais dignas". "No BNG temos un programa ambicioso co que nos presentamos o 5-A para mudar o fracaso das políticas económicas do PP, fracaso que ten nas cifras da emigración unha proba clara. Queremos darlle unha oportunidade a toda esa xente que marchou", concluíu Pontón.
PRAZA_2012
Co gallo do Día Mundial de Prevención do Suicidio, a plataforma reclama "visibilizar" este asunto e un plan específico para o seu tratamento. A nosa comunidade rexistra a taxa máis elevada de casos en toda España, cun forte incremento nos últimos anos.
O suicidio é un grave problema de saúde pública en Galicia. Así o denuncia unha vez máis o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) co gallo do Día Mundial de Prevención do Suicidio. A plataforma lembra que a nosa comunidade rexista a maior taxa de casos en toda España, un total de 394 mortes en 2014, o que significa unha taxa de 14,24/100.000 habitantes, segundo os datos do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). A nivel estatal a taxa sitúase en 8,3 casos por cada 100.000 habitantes. Tanto en Galicia coma no conxunto do Estado, as mortes por suicidio creceron nos últimos anos, dende os ao redor de 300 casos que rexistraban anualmente ata 2008 ata a cifra actual, un 30% superior. Tanto en Galicia coma no conxunto do Estado, as mortes por suicidio creceron nos últimos anos, dende os ao redor de 300 casos que rexistraban anualmente ata 2008 ata a cifra actual, un 30% superior A plataforma reclama reclama "visibilizar este grave problema de saúde pública, desconsiderado na súa importancia", denunciando que "sofre o estigma e a ignorancia prexuizosa sobre as súas causas, características e posibilidades de prevención". En concreto, critica a inexistencia en Galicia dun "plan para o suicidio", como "tampouco existe plan de saúde mental", engade. Acusa a Consellaría de Sanidade de "eludir as súas responsabilidades" e salienta que o asunto "non se menciona na avaliación da Estratexia SERGAS 2014 nin nas memorias da Dirección Xeral de Saúde Pública". "Nun contexto de crise económica e cos graves recortes na cobertura social, especialmente co deterioro da rede de atención á saúde mental, agrávanse os factores de risco", alerta. Neste marco, o MGSM realiza unha serie de recomendacións seguindo as liñas propostas pola propia OMS, comezando pola elaboración do xa referido Plan Galego sobre o Suicidio, "de carácter multisectorial". Tamén demanda a creación de "comisións clínico-asistenciais en cada Xerencia de Área, multiprofesionais e multisectoriais", para "coñecer e estudar a realidade das tentativas e dos suicidios consumados, á vez que elaborar propostas de intervención e protocolos orientados polos datos, as evidencias de eficacia e os funcionamentos propios da cada Área". En paralelo, propón incrementar a información institucional sobre esta cuestión "de cara a sensibilizar e desestigmatizar o suicidio" e "mellorar o coñecemento sobre el en atención primaria". A plataforma pide "desenvolver canto antes protocolos específicos de atención a persoas con conduta suicida e a afectados por suicidio consumado" Finalmente, o MGSM pide "desenvolver canto antes protocolos específicos de atención a persoas con conduta suicida e a afectados por suicidio consumado", garantindo "a prioridade no acceso a recursos asistenciais para as persoas en risco", incrementando o seu seguimento e intensificando a atención sanitaria e social no seu caso. "É preciso, así mesmo, flexibilizar o acceso e o funcionamento dos recursos", engaden. Miguel Anxo García Álvarez, portavoz do Movemento, denunciaba hai uns meses en Praza, que a crise económica "creou as condicións de risco", que foron agravadas pola "ausencia de acción do Goberno". "O incremento de suicidios é a punta do iceberg dun nivel de sufrimento moi elevado na sociedade", engadía. A OMS recomendou reforzar a rede sanitaria, sobre todo a atención primaria, para unha detección temperá dese risco, incrementando os recursos de saúde mental; tamén pedía reforzar o mecanismos de protección social e o impulso de políticas activas de emprego. Nos últimos anos o MGSM criticou en varias ocasións as restricións na hospitalización psiquiátrica, que terían o obxectivo de "ofrecer unha imaxe de sobredotación de recursos" Nos últimos dous anos o MGSM criticou en varias ocasións as restricións na hospitalización psiquiátrica, que terían o obxectivo de "ofrecer unha imaxe de sobredotación de recursos". E salientou que na única provincia que conta cunha unidade sanitaria especializada na prevención do suicidio (Ourense), si se produciu unha redución "notable" da taxa de suicidios. Mortes por suicidio en Galicia. Fonte: INE (2004-2013), Imelga (2014)
NOS_49527
Nova Poesía Guitírica e Os Vilares, lareira de soños homenaxearán a escritora Marica Campo e mais Sara das Reixas. Será o vindeiro 19 de outubro na Casa Habaneira de Guitiriz, dentro do programa da entrega dos premios de micropoesía Vilariñas.
Marica Campo (O Inicio, 1948) exerceu a docencia na vila chairega e desde entón ficou vencellada ao lugar. Canda o recoñecemento á autora de Confusión e morte de María Balteira (1996) será distinguida como Trapeira de Honra Sara das Reixas. A maiores, entregarase os galardóns Vilariñas de micropoesía, aos que se presentaron máis de 120: a Beatriz Coira por Volta, a Manuel González por Sixilo, e a Ana García Rivas, por Desexo. Corredores de sombras encargaranse de achegar música aos actos. Nova Poesía Guitírica é "unha iniciativa que xorde no seo das agrupacións poéticas cidadás de base". "A poesía non reside nun ámbito sublime e elevado desde o que alumea en abstracto", di o seu texto fundacional, "reside no cotián das mulleres e homes de aquí e agora, ou non é poesía en sentido pleno".
NOS_43234
Un paso decisivo para que Ence saia da ría de Pontevedra. A sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional estimou o recurso do Concello de Pontevedra e o de Greenpeace contra as resolucións do Goberno de Mariano Raxoi en funcións polas que se acordou prorrogar a concesión de Ence por un período de 60 anos.
A Audiencia Nacional estimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Pontevedra, do que é alcalde o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, fronte á resolución da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, por delegación do Ministerio, o 20 de xaneiro de 2016. Anúlase así a resolución recorrida e declara que non hai lugar á prórroga da concesión, sen impor as custas. Tamén estima o recurso presentado por Greenpeace. En concreto, a prórroga, outorgada polo Goberno do popular Mariano Raxoi, cando se atopaba en funcións, era relativa á ocupación dunha superficie de 373.524 metros cadrados de dominio público marítimo terrestre con destino a esta fábrica de pasta de celulosa que se atopa nos terreos de Lourizán (Pontevedra). Precisamente, debido á decisión de prorrogar a concesión até 2073, o Concello de Pontevedra declarou Raxoi persoa non grata. A mesma declaración que lle outorgou anos despois ao presidente de Ence, Ignacio Colmenares y Brunet, quen nunhas declaracións filtradas aos medios advertía dun posíbel "susto" medioambiental que podería ter lugar en Lourizán. Estas palabras provocaron a apertura de dilixencias por parte da Fiscalía. As chaves da sentenza Na sentenza, con data de 15 de xullo, a sala considera que a resolución acordada no Goberno de Mariano Raxoi en funcións non xustifica, como esixe a Lei de Costas, que a papeleira, pola súa natureza, non poida ter outra localización. O tribunal explica que en virtude do artigo 32.1 da Lei de Costas tense que xustificar que as instalacións cuxa prorroga se acorde pola súa natureza non poden ter outra localización. No caso concreto de Ence, a Audiencia indica que, de acordo coa proba pericial practicada, a auga doce, nun determinado volume, é un recurso necesario e imprescindíbel para o proceso produtivo das plantas de pasta de papel Kraft con branqueo, como a de Pontevedra, así como a proximidade a recursos hídricos (auga salgada ou doce) para a evacuación da vertedura, "pero non que estas plantas pola súa natureza ou configuración teñan que situarse no dominio público marítimo terrestre, que é o que esixe o artigo 32.1 da Lei de Costas". Por tanto, engade, poden situarse nas proximidades, pero fóra de devandito dominio costeiro, nas proximidades dos ríos ou de grandes masas de auga. A sala cita outros casos como as fábricas de celulosa BHK, como as Torraspapel S.A en Zaragoza e Papeleira Guipuscoana de Zicuñaga S.A., que se sitúan xunto a ríos nos que evacúan o efluente, e tamén coa fábrica de Ence en Navia, que segundo os peritos é equiparábel á de Pontevedra, que se sitúa próxima, pero fora do dominio costeiro, como se acreditou neste procedemento. Para o tribunal resulta significativo que Ence "non puido achegar documentación que acredite a súa localización sobre o dominio costeiro, senón soamente a resolución do 21 de marzo de 2013 de outorgamento de concesión para ocupación do dominio na marxe dereita da ría de Navia, con destino a viveiro de plantas (excluíndo a plantación de Eucaliptos nitens), non para ocupación das instalacións da fábrica". A sentenza lembra que "a actuación administrativa sobre o dominio público marítimo terrestre debe perseguir, entre outros fins o de asegurar a súa integridade e debida conservación, adoptando, no seu caso, as medidas de protección e restauración necesarias, así como as de garantir o uso público do mar, da súa ribeira e do resto do dominio público, sen máis excepcións que as derivadas de razóns de interese público debidamente xustificadas, que no caso de autos, a Orde impugnada nin esgrimiu nin xustificou". A decisión da Audiencia Nacional dase a coñecer días despois da mobilización que, todos os anos, reclama a saída da fábrica de celulosas da ría de Pontevedra. Unha decisión recorríbel A sentenza é susceptíbel de recurso de casación perante o Tribunal Supremo, que deberá presentarse na Sala da Audiencia Nacional no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo puido coñecer Nós Diario.
NOS_5365
Escritoras e escritores móstranse nun cento de vídeos duns 15 minutos. A lista de reprodución poderá verse no Portal da Lingua Galega e na canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) presentou nesta terza feira no Pazo de San Roque, en Compostela, un dos seus proxectos máis ambiciosos para dar a coñecer e visibilizar o traballo de creadoras e creadores de literatura: 'A literatura galega nas súas voces'. Na xeración máis audiovisual dos últimos tempos, esta iniciativa ten como obxectivo coñecer mellor, a partir da imaxe e da palabra, como son as autoras e os autores do país. Nomes como Antón Reixa, Helena Villar Janeiro, Marilar Aleixandre ou Vitorino Pérez Prieto explican, len e partillan un anaco da súa obra. O proxecto conta cun cento de vídeos duns 15 minutos de duración e continuará aberto a novas incorporacións nunha experiencia que contou coa colaboración do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. De fácil acceso e útil tamén para o ensino Na presentación participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez Iglesias. En opinión de Valentín García, "nunca ninguén mellor ca eles" para relatar a experiencia de escribir a súa propia obra. A AELG destaca o papel do profesorado na difusión da obra de Rosalía A lista de reprodución dos vídeos, ordenados por orde alfabética segundo o nome da persoeira ou persoeiro, poderá verse no Portal da Lingua Galega e na canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Desta maneira, facilítase o acceso directo de toda a cidadanía á creatividade da literatura galega e promóvese a súa dinamización e visualización no ámbito dixital, en especial nos usos no ensino. Sánchez Iglesias sinalaba, sobre esta posibilidade, que "é importante que a Administración educativa teña estes contidos máis aló do ámbito de xestión". Traballo de arquivo audiovisual da AELG Estes que agora se publican non son os primeiros contidos audiovisuais e sonoros que difunde a AELG. Esta entidade leva anos difundindo a través da súa páxina web e as redes sociais numerosos documentos gravados polos membros da súa comunidade literaria. Así, visitando o seu portal localizamos o apartado 'Palabra audiovisual' no que atopamos dezanove xéneros tan dispares como poemas visuais ou lecturas dramatizadas. A maiores, na propia web a asociación ten aberto un arquivo fotobiográfico que reúne fotografías actuais e históricas baixo distintos tipos de licenzas.
NOS_3984
Por primeira vez na súa historia, a Cidade da Muralla recibe a competición decana do voleibol a nivel estatal, a Copa da Raíña. Entre os seus seis equipos protagonistas brilla con luz propia o local Arenal Emevé, que para facerse co título terá que pasar por enriba de Socuéllamos, Sant Cugat, Gran Canaria, Rioxa e La Laguna.
A Copa da Raíña, competición decana do volei feminino estatal, disputa a súa edición número XLVII nun escenario de excepción como é o Pavillón Municipal de Lugo a partir desta sexta feira e até o vindeiro domingo, 13 de febreiro. Alí, seis equipos aspiran a suceder no palmarés do histórico torneo o vixente campión, Feel Volley Alcobendas: Gran Canaria Urbaser, Kiele Socuéllamos, Sanaya Libbys La Laguna, DSV Sant Cugat, Osacc Haro Rioja Vóley e o local Arenal Emevé, que participa como anfitrión dunha competición que arrancará cos duelos xa preestabelecidos clasificatoriamente entre Sanaya Libbys La Laguna–DSV Sant Cugat (17 horas) e Osacc Haro A Rioxa–Arenal Emevé (20 horas). Para o sábado está prevista a disputa das semifinais, que comezarán ás 16.30 horas co enfrontamento entre as vencedoras do duelo entre canarias e catalás con outra escuadra insular, Gran Canaria Urbaser. Pola súa parte, a segunda terá lugar a partir das 19.30 horas e medirá Kiele Socuéllamos coas gañadoras do partido entre Haro e Emevé. Un día despois, o domingo 13 de febreiro, está programada a finalísima ás 12.30 horas da tarde. Lugo e o voleibol: unha historia de amor Esta Copa da Raíña 2022 non é o primeiro grande evento deportivo co voleibol como protagonista que acolle a cidade de Lugo, aínda que nunca antes recibira a visita dun torneo que nas súas edicións de 2004 e 2010 se desenvolveu no pavillón da Pinguela de Monforte de Lemos Non obstante, si que organizou a Copa Príncipe en 2011 e 2013 e a Copa Princesa en 2018, competicións análogas á Copa do Rei e da Raíña de Voleibol, pero nas que participan os mellores equipos da categoría de prata tanto masculina como feminina. Xa que logo, a Copa da Raíña, tal e como salientou a presidenta do Arenal Emevé, Bibí Bouza, representa "un fito histórico nos case 40 anos de andaina do club", algo que chega como resultado "de axustar sinerxías e ilusión" e que agardan que remate "deixando a Lugo no sitio que merece". Para conseguir esa meta dentro e fóra da pista, e como non só de voleibol vive o home -e a muller-, desde a organización desenvolveron unha completa programación paralela que inclúe multitude de actividades nas que a música e o baile tornan en elemento dinamizador durante e entre os diferentes partidos. Deste modo, a animación chegará por parte do grupo lucense Galician Army en colaboración coas performances da escola de danza, ximnasia e espectáculos Gravitty. Ademais, tamén haberá sorteos de produtos dos diferentes patrocinadores, unha zona de hospitality xunto ao Pavillón Municipal de Deportes -con carpa, postos de petiscos e camións de comida- e, para quen busque entretemento lonxe da instalación, sempre estará dispoñíbel a opción de beneficiarse da campaña 'Os nosos bares'.
NOS_23394
Conversamos co grupo gañador do Concurso de bandas emerxentes do Festival Revenidas.
Juan Pirola é basco-arxentino e galego para alén dunha das persoas integrantes de Ezetaerre, a banda gañadora do concurso de novos talentos do Festival Revenidas (19, 20 e 21 de agosto en Vilaxoán). Levan apenas un ano traballando como grupo e recentemente lanzaron o video-clip de A herdanza do vento, un dos temas que compoñen a súa maqueta. En 24 horas superaron o milleiro de visitas. Conversamos con el arredor do proxecto. Quen é Ezetaerre?Pedro (Petrowski), Miguel (Garchu) e máis eu, Pirola, coñecémonos desde que comezamos a carreira. Estudamos os tres Comunicación Audiovisual, estamos rematando o Traballo Fin de Grao (TFG), un documentario sobre a memoria histórica no que andamos tamén os tres. Coñecímonos na facultade e como nexo común entre nós atopamos as inquedanzas políticas. Tomamos parte do movemento estudantil e aí estabeleceuse unha fonda amizade. Eu e Pedro vivimos xuntos e de aí vén o nome do grupo. Houbo quen lle chamou ao piso 'el zulo rojo' e de aí Ezetaerre. Como xorde o grupo?Hai cousa dun ano falábase de problemas económicos na Universidade da Coruña e tamén de fusións de facultades. Unha delas a nosa de Comunicación Audiovisual con Socioloxía. Ocorréusenos o paralelismo de que a universidade non tiña nen para mercar papel do baño, como en Venezuela, facendo sarcasmo e saiu un rap. Houbo quen dixo que non soaba tan mal e bon, lanzámonos a seguir adiante co proxecto. Partillaremos escenario cun cartaz que inclúe o máis grande do país e con grupazos de todo o estado Levades un ano con isto mais presentástesvos ao concurso de novos valores do Revenidas e gañastes.Si. Lanzamos a maqueta a finais de febreiro comezos do mes de marzo. Antes saiu un adianto de berros do mar, aló por decembro. A cronoloxía é esa. Estamos un pouco desbordadas. Non o agardabamos, había nivel no concurso e ficamos moi sorprendidas. [Juan usa feminino inclusivo na conversa que mantemos na reprodución escrita]. Partillaremos escenario cun cartaz que inclúe o máis grande do país e con grupazos de todo o estado, mesmo do plano internacional. Nese senso estamos un pouco desbordados. Lanzastes a maqueta e hai poucos días un videoclip, A herdanza do vento, man a man con Santa Guerrilla. A Santa Guerrilla, a Xose [Grajal], coñecímolo un pouco antes da final do concurso de bandas do Revenidas. Púxose en contacto con nós para quedar antes dun concerto que tivemos en Vigo. Pensamos que podía ser un trolleo porque non entendiamos moi ben que alguén quixese falar con nós dicindo que estaba moi interesado no proxecto. [Ri]. Vimos que tiñamos vontades partilladas e coas nosa gañas e ideas máis a experiencia de Xose para darlle sentidiño ás cousas, propúxonos relanzar a maqueta con algo que lle dese máis calidade e fixémolo co videoclip de A herdanza do vento. Se estamos nisto é porque temos vontade de lanzar unha mensaxe e, nese senso, a música ten que estar ao servizo desa cuestión Fálame do estilo musical de Ezetaerre, facedes un rap moi pausado.Dentro do rap que facemos destaca que non é pesado, é moi melódico. Se estamos nisto é porque temos unha vontade de lanzar unha mensaxe e, nese senso, a música ten que estar ao servizo desa cuestión, que sexa accesíbel para todo o mundo. O que máis me sorprende cando falo con xente do proxecto é que hai persoas que non escoitan rap mais que atopan cousas interesantes a isto. Eu persoalmente non veño dunha cultura do rap e atópome cómodo dentro deste estilo que estamos a facer. Se algo caracteriza Ezetaerre son as letras e o seu compromiso político. De onde xorden? É a esencia de Ezetaerre. Cando nos xuntamos os tres para facer algo foi arredor dunha reivindicación. Dalgunha maneira aí é onde enmarcamos a razón de ser do grupo. Non me trabuco se digo que o noso proxecto é un proxecto profundamente político de aspiracións profundamente políticas, de dar un combate ideolóxico. Tanto Miguel, Pedro coma min tomamos parte activa de distintos movementos sociais, no concreto do estudantil e ese é o noso denominador común. Bebemos moito dunha situación de emerxencia social e máis acrecentada aínda na mocidade Vivimos un momento político e social que dá pé a nutrir de moitos aspectos distintos esas letras?Desde logo. Fálase moitas veces desa xeración durmida mais somos a xeración á que lle toca mover ficha. Coido que nalgúns aspectos vense facendo e nós bebemos moito desa cuestión, dunha situación de emerxencia social e máis acrecentada aínda na mocidade. É o que nos empurra a facer este tipo de letras. Temos compañeiros que vemos como marchan fóra do país, nós os tres estamos con moita vertixe por non saber que vai ser de nós laboralmente, etc. Neste marco, como non tentar mover ficha! Cales son as vosas influencias, de onde bebedes? Musicalmente? Si. [Ri]. Aquí a verdade é que estamos moi en disputa. Garchu é quizais o que maiores influencias ten no rap. Pedro aporta máis o seu coñecemento da música do país. Eu, no entanto, practicamente non escoitei rap na miña vida, reivindícome como punk. Mais sen lugar a dúbidas algunhas das nosas influencias son Rebeliom do Inframundo, García e Dios Ke Te Crew ou fóra xa do país, Los Chikos del Maíz. Tendes algunha data fechada para alén do Revenidas?Vimos de tocar nun festival en Zaragoza e estamos a tentar fechar outra data aquí no país para as vindeiras semanas. Gostamos dos directos e agardamos poder tocar máis. É difícil comezar?É bastante complexo, todo está moi acoutado. Hai bandas galegas cunha potencialidade enorme que dalgún xeito están a cubrir os cupos, é difícil abrir unha pequena fenda. Mais, bon, aí estamos.
NOS_49041
Unha obra que se achega a grandes autores do humor gráfico galego como o mestre Xaquín Marín ou o mesmo Castelao, co que tan ben emparenta nese senso do humor intelixente e de minimalismo gráfico.
É esta unha banda deseñada (BD) ou un libro de humor gráfico? Son o mesmo ou son cousas distintas? Hai secuencialidade ou son cadriños illados? "Ya no quedan trilobites en el mar?" Desculpen que comece con tantas preguntas, será cousa da dúbida permanente na que habitamos. Corona-bios / Manel Cráneo / Demo Editorial / 2020 / 170 páxs. / 20 euros Para o autor, Manel Cráneo, a resposta está clara. Esta non é unha BD senón que é unha recompilación de humor gráfico e por iso rexeitou recentemente o nomeamento a un premio literario na categoría de BD. Porén pódolles dicir que na ACDCómic houbo un debate interno moi interesante sobre o tema. Teóricos, críticos e divulgadores da banda deseñada temos argumentos para ambas as cousas. Eu, en principio, concordo co autor, sen metérmonos en moitas fonduras formais, e aínda así considero que merece este espazo. Serei un iconoclasta? Agora que xa teñen as noticias imos co importante. Durante o confinamento pandémico de 2020 o Manel, un home hiperactivo, aferrouse o lapis e creou máis de trescentos cadriños nos que expresaba o seu sentir e, por tanto, a súa cosmovisión do asunto máis importante do ano, o coronavirus. O humor gráfico é unha desas cousas que é difícil definir porque pode que non sexa nin banda deseñada nin filosofía nin micro ensaios, pode que nin sequera faga rir; non obstante, é todo iso xunto, unha especie de mestura alquímica de moitos ingredientes que se reconfiguran na mente do público en formas distintas para cada persoa, sen perder nunca a intencionalidade nin o sentido. Manel ten un humor acedo e punxente. Como en todas as recompilacións deste tipo hai páxinas de rir e de pensar. Ás veces ten algo de denuncia, outras de parodia e outras de reflexión irónica. Todo debuxado en branco sobre negro, sinxelo que non simple para un opúsculo que ten humor, sobre todo, negro sobre branco. (Síntoo, non puiden resistirme). A factura é impecábel, usa un formato cadrado facendo, máis unha vez, uso desa transmedialidade tan axeitada aos tempos do Instagram, onde se poden ver todas as viñetas feitas, incluídas as que non entraron neste libro. Aquí descubrimos a enésima transformación de Cráneo a do breve e conciso, a do concentrado sarcástico, a que se achega a grandes autores do humor gráfico galego como o mestre Xaquín Marín (que prologa o libro) ou o mesmo Castelao, co que tan ben emparenta nese senso do humor intelixente e de minimalismo gráfico.
NOS_21842
O Goberno de coalición volve estar dividido polas tensións entre UP e PSOE. Neste caso, polo compromiso dos países da OTAN de aumentar o seu gasto militar.
O aumento do gasto militar acordado polos países integrantes da OTAN na cimeira do organismo atlantista que decorreu esta cuarta e quinta feira en Madrid está a supor unha nova división entre os dous partidos políticos que forman parte do Goberno español de coalición. O gasto militar mundial medra 1,6 billóns de euros a pesar da Covid A intención do presidente do Executivo estatal, Pedro Sánchez, de elevar o teito de gasto militar até 2% do Produto Interior Bruto (PIB) en 2029 tivo como resposta o rexeitamento de Unidas Podemos, que afirma que "o que necesita o Estado español son máis médicos e mestres e non máis armas". Sánchez, preguntado por esta cuestión na rolda de prensa de valoración da cimeira, fixo referencia á necesidade dun "pacto de país que transcenda cuestións ideolóxicas". O presidente español quere levar ese incremento do gasto militar aos vindeiros Orzamentos Xerais do Estado (OXE). En resposta, a ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, asegurou que a maioría da investidura no Congreso non aprobará nunca uns orzamentos desas características. Estas son as chaves da nova estratexia aprobada pola OTAN Neste sentido, pediu unha "reflexión" ao socio de goberno do PSOE, ao tempo que puxo de exemplo o cambio de postura de Suecia e Finlandia, que abandonan a "neutralidade" das últimas décadas para adherirse á OTAN, unha vez superado o veto de Turquía. Aumento da presenza do exército dos EUA Ademais do aumento do gasto militar, outro dos puntos que divide a posición do Goberno español é o incremento da presenza militar do Estados Unidos (EUA) en solo español. Mais concretamente, na base militar de Rota, onde o presidente Pedro Sánchez e o seu homólogo, Joe Biden, agardan poder aumentar a relación militar coa presenza de dous novos destrutores da Armada estadounidense. As 13 preguntas e respostas para entender a relevancia da OTAN Para que isto poida levarse a cabo, o primeiro paso necesario é que o Goberno dos EUA envíe unha proposta formal para que aporten estes dous buques de guerra en Rota. Posteriormente, o Consello de Ministras e Ministros modificará o convenio asinado entre os Estados Unidos e o Estado español en 1988 sobre a presenza militar do primeiro no segundo. Finalmente, o Executivo estatal deberá levar esa modificación ao Congreso para ser ratificada. Polo de agora, só o PP trasladou o seu apoio aos socialistas, tanto en relación ao aumento do gasto militar como da maior presenza militar dos EUA. Precisamente, a portavoz do PP no Congreso, Cuca Gamarra, pediu que o Goberno de coalición adopte unha posición conxunta para sacar adiante estas medidas. O Ministerio de Defensa gastou 427 millóns en misións da OTAN en 2021 Para Belarra, estas declaracións de Gamarra só buscan "romper" a unidade entre PSOE e UP. A ministra afirmou no Congreso que a súa formación agarda "convencer" aos socialistas de que as necesidades do Estado español non pasan actualmente por un "maior investimento en tanques ou en armas".
NOS_30969
A consellería citou os tres sindicatos (CIG, CCOO e UXT) e a Confederación de Empresarios. Paulo Carril, secretario xeral do sindicato, lamenta que o final da lexislatura de Pedro Sánchez chegue sen que se derrogasen reformas laborais ou políticas de recortes de dereitos da época do PP.
A CIG non estará presente esta segunda feira, día 18, na xuntanza convocada en Compostela pola Consellería de Economía e á que a central nacionalista está convidada canda UXT, CCOO e a patronal. Unha cita que ten como obxectivo abrir un "novo diálogo", segundo afirma a propia convocatoria, cos interlocutores sociais para "crear" emprego e "mellorar" o mercado laboral. O secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, xa avanzou esta sexta feira que a CIG non ía acudir a este encontro. "Non se dan as condicións precisas", manifestou Carril, que lamenta que nestes anos o goberno galego non favorecese precisamente que se puidese dar "un contexto de interlocución con credibilidade e confianza". A CIG considera que Galiza está nunha situación de "emerxencia nacional e social" da que as políticas, por activa ou por pasiva, dos gobernos de Núñez Feixoo son responsábeis. Perda de postos de traballo, desmantelamento industrial, aumento da desigualdade e da emigración, empobrecemento… Son algunhas das consecuencias que Carril sitúa no debe do goberno galego, de aí que considere que non ten moito sentido o "diálogo social" co corresponsábel da situación. "Non acreditamos no diálogo social como solución a esta situación", afirmou, engadindo que o que procura a Xunta é "transmitir ao conxunto da sociedade falsas expectativas". Adianto electoral Preguntado polos xornalistas polo adianto das eleccións españolas, o máximo responsábel do sindicalismo nacionalista dixo "lamentar" que esta lexislatura finalizase sen que se derrogasen as reformas laborais ou políticas de recortes sociais e de dereitos aprobadas na época do PP. "Lamentamos que o goberno [de Sánchez] fose tan insensíbel e despectivo con Galiza, como nos peores tempos do PP", acrecentou Carril, que citou os orzamentos ou o desleixo perante a "crise industrial" como exemplos desa actitude. Por último, o sindicalista recoñeceu que non agardamos nada" de posíbeis solucións que "veñan desas eleccións" e chamou á mobilización como a ferramenta para lograr esas solucións.
NOS_30617
A resposta da Comisión chegará despois do 24 de xuño, tras avaliar como un paquete todas as solicitudes dos Estados membros.
A Comisión Europea informou nesta segunda feira, 27 de abril, que Italia presentara unha solicitude de axuda ao Fondo de Solidariedade da Unión Europea (FSUE) para a pandemia de coronavirus. A comisaria de Cohesión, a portuguesa Elisa Ferreira, deixou claro que Italia recibirá axuda: "Italia é actualmente o Estado membro máis afectado pola crise do coronavirus e o primeiro país en pedir axuda ao Fondo de Solidariedade da UE neste contexto". Italy is the first country to apply for support from the EU Solidarity Fund for health emergency. 🇮🇹 The programme is now part of the EU response to #coronavirus, easing the burden of the pandemic on the national budgets. #StrongerTogether— European Commission 🇪🇺 (@EU_Commission) April 27, 2020 A resposta da Comisión chegará despois do 24 de xuño, tras avaliar como un paquete todas as solicitudes dos Estados membros, e actuar en coordinación co Parlamento e co Consello. O FSUE permite á UE, como organismo, axudar de forma efectiva un Estado membro ou país en vías de adhesión nos seus esforzos por facer fronte aos danos provocados por unha catástrofe natural grave. O Executivo comunitario modificou no 13 de marzo as normas que rexen o FSUE para que contemplase tamén as cuestións relacionadas coa urxencia sanitaria. Conta con 800 millóns de euros dispoñíbeis para 2020. 500 millóns desde 2002 O FSUE creouse tras as graves inundacións que devastaron Europa central no verán de 2002. Desde entón, utilizouse 80 veces en resposta a diferentes tipos de catástrofes, incluídas inundacións, incendios forestas, terremotos, tormentas e secas. Até o momento, desembolsou máis de 500 millóns de euros en 24 países europeos.
NOS_5768
No 25º cabodano do seu pasamento
O Museo Provincial de Lugo, a través do seu programa Acordanzas, lembra o pintor José Otero Abeledo, "Laxeiro", de quen o 21 de xullo do presente ano se fan 25 anos da súa morte. Desde 1980 o centro conserva catro obras do autor que foron adquiridas nese ano á Galería Citania de Santiago de Compostela. Trátase de catro debuxos sobre papel executados con distintas técnicas que aproximan ao seu singular mundo creativo e que permiten apreciar algunhas das súas principais características. Obras de madurez As catro obras son pezas de madurez, e pertencen probabelmente aos seus traballos de finais dos anos 60 e a década dos 70. Os debuxos de Laxeiro do Museo de Lugo son significativos e orientativos de parte da súa produción e evidencian unha personalidade creativa extraordinaria, versátil e intuitiva. Non permiten valorar a magnitude do pintor, pero convidan a profundar no personaxe e a súa obra. Homenaxe en Lalín Por outra banda, o Concello de Lalín homenaxeou este mércores a Laxeiro cunha serie de actos nos que participaron o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galiza, Anxo M. Lorenzo, e o presidente do Parlamento de Galiza, Miguel Ángel Santalices. O representante da Consellería de Cultura lembrou que o Goberno galego "traballa nunha ampla programación que sirva para pór en valor a figura de Laxeiro con motivo do Día das Artes Galegas 2022, dedicado ao pintor. Santalices, pola súa banda, indicou que "Laxeiro era unha persoa e un artista paradigmático, honesto consigo mesmo, adiantado ao seu tempo, cosmopolita e de mentalidade aberta, como corresponde aos grandes creadores", e apuntou que ese cosmopolitismo non lle impediu "facer gala da súa condición de galego, co galeguismo como ideario persoal". Na homenaxe inaugurouse unha mostra no museo Ramón Mª Aller, que inclúe obra do artista e os 'Cabezudos de Laxeiro', figuras inspiradas nunha obra do pintor realizadas pola artista local Luchi Iglesias. Os actos completáronse cunha ofrenda floral ao pé do panteón do pintor no cemiterio da Romea. A programación continuará os vindeiros días 24 e 25 con pasarrúas teatralizados a cargo dos 'Cabezudos de Laxeiro', que desfilarán por distintos espazos do centro urbano.
PRAZA_16926
Nunha época de Fake News, e trolas continuas nos medios, é especialmente importante ser escéptico. É por iso que unha nova sobre o tren entre Ferrol e Ribadeo me parece moito máis informativa que outra sobre un bombardeo da oposición en Siria. É moito máis doado de comprobar unha noticia local que unha que sucede a miles de kilómetros de distancia, por moi tráxica que sexa.
Código Uno Hai xa uns anos, saíndo do choio en Madrid, tomei a lanzadeira errada. Cousas que pasan, nada grave. Era unha desas que poñen as empresas para comunicaren os polígonos do extrarradio co centro da cidade, e ninguén se preocupa de controlar quen usa o servizo. Todos queren escapar de alí canto antes. Nada máis subir, de súpeto, oio unhas verbas familiares: Mecharon drogha en el ColaCao! - di unha voz ao fondo. Que yo nunca dormí tanto! - resposta outro máis adiante. Estamos claramente ante un antecesor en toda regra dos actuais YouTubers Eran un grupo de desenvolvedores de software que foron discutindo durante todo o camiño os pormenores do caso acontecido a José Tojeiro1, emigrante retornado de Suíza a Cariño a comezos dos anos noventa. Para os que non o coñezan, aquí o documento completo2, aparecido no programa de TVE Código Uno por aquelas datas, en horario de máxima audiencia: Resulta ser un suceso tremendamente popular, especialmente entre o gremio informático, e as súas frases especialmente celebradas e repetidas ininterrumpidamente. Sei de colegas meus de profesión que recoñecen telo reproducido a diario durante semanas ou incluso meses enteiros e, coñecedores de que eu fora paisano del, interesárense no seu día pola súa saúde. A súa popularidade foi (e segue a ser) tan grande que aínda hoxe é referenciado nalgúns medios cando se descubre algún alixo de droga inesperado. Despois de tratalo en vida, estou certo que el nunca pretendeu lograr esa fama e desde logo nunca lle sacou ningún rendemento. Aínda que se o evento chega a suceder un pouco máis tarde, se cadra puidera telo feito. Estamos claramente ante un antecesor en toda regra dos actuais YouTubers. Wismichu Wismichu na actualidade conta nada máis e nada menos que con sete millóns de suscriptores no seu canal Éste coruñés é un dos YouTubers máis populares en España e seguramente en todo o mundo castelánfalante. Sen entrar en xulgar a calidade dos seus contidos (nada máis lonxe da miña intención), na actualidade conta nada máis e nada menos que con sete millóns de suscriptores no seu canal. Abondo como para vivir dese traballo, aínda que, polo que el conta, non como para retirarse mañá do negocio. Aquí un dos seus vídeos: Vendo que non se trata de ningunha proeza insuperábel, e que non se precisa ningún talento fóra do normal, o lector pode perguntarse: Paga a pena entón meterse a YouTuber? O feito de gañar popularidade nas redes é un fenómeno extraordinario. É tan difícil lograr conseguir esa tan ansiada fama que tantos cobizan, que a inmensa maioría fracasan no seu intento Non vou ser eu quen resposte a esa pergunta. O que está claro é que o feito de gañar popularidade nas redes é un fenómeno extraordinario. É tan difícil lograr conseguir esa tan ansiada fama que tantos cobizan, que a inmensa maioría fracasan no seu intento. Por cada YouTuber profesional, hai miles afeccionados. Iso dá aínda máis valor aos que xa o lograron, facendo que unha mínima diferenza entre un YouTuber que apareceu nun momento e lugar xustos e outro que non tivo esa sorte, se convirta nun salto de millóns de visitas entre os dous canais. O Cisne Negro Os fenómenos fóra do común, coma os de Wismichu ou José Tojeiro, foron estudados polo filósofo e especulador en bolsa Nassib Nicholas Taleb, quen enunciou a súa famosa Teoría do Cisne Negro. Dita teoría ten moitas ramificacións, entre elas a tendencia do ser humano a "racionalizar" eses eventos despois de que se produzan. Tendemos a buscar explicacións aínda que en moitos casos non existan. E cando non as encontramos, fabricámolas. Chegaron Tojeiro e Wismichu a seren famosos por unha serie de razóns obxetivas ou por mero azar? Que teñen eles que non teñen ou tiveran outros? Perguntando a diferentes persoas coñecedoras dos medios, cada unha dará diferentes respostas. O mesmo sucede no campo das empresas. Facebook, Google, cantos competidores tiñan? Como chegaron á súa posición de monopolio no mercado? Pode ser que unha decisión insignificante no pasado (p.ex. Yahoo comprando Google por un millón de dólares ou Zuckerberg tengo un compañeiro de habitación un pouco menos opulento), alteraran o futuro que temos hoxe? Fabricamos as nosas ideas sobre o funcionamento do mundo e, cando fallan, inventamos escusas para seguirmos adiante. O noso cerebro non está preparado para estar errado Di tamén Taleb que nesa tendencia do xénero humano a fabricar relatos e a perder de vista o mundo real é unha das causas dos males das sociedades, non só agora senón en toda a historia da humanidade. Fabricamos as nosas ideas sobre o funcionamento do mundo e, cando fallan, inventamos escusas para seguirmos adiante. O noso cerebro non está preparado para estar errado. Nesa ausencia de evidencia empírica das nosas asuncións estaría a orixe de decisións que deron lugar a moitas traxedias, como por exemplo, pensar que o mundo estaría mellor habitado por unha soa raza superior, que a economía sería perfecta controlada íntegramente polo estado ou que suprimir unha língua no ensino melloraría a súa calidade. A realidade choca de fronte contra esas crenzas, aínda que os seus detractores se aferren a outros relatos (negacionismo do holocausto, factores externos que desestabilizaron a economía soviética, suposta discriminación aos falantes da lingua maioritaria…3). Ao final, un dos relatos impónse sobre o resto. Iso non quere dicir que sexa verídico, abonda con que a maioría estea dacordo con que o sexa Por suposto, esas historias, contos máis ben, son respostadas por outra serie de relatos, polos partidarios da opción contraria, na súa maioría baseados na ficción tamén. A maior sentimentalismo e irracionalidade, máis credibilidade. E é así como ao final, un dos relatos impónse sobre o resto. Iso non quere dicir que sexa verídico, abonda con que a maioría estea dacordo con que o sexa4. Ti tamén podes ser Tojeiro Non vou ser eu quen desanime ao lector de tentar buscar a fama nas redes sociais. Non é esa a miña intención, senón todo o contrario. O mesmo Taleb afirma que, así que como existen os cisnes negros "positivos", tamén por desgraza existen os negativos: aqueles eventos inesperados que fan a nosa vida miserábel ou até acaban con ela. É por iso que afirma que debemos minimizar á exposición aos negativos e maximizar a nosa exposición aos cisnes negros "positivos". Para o primeiro, no mundo actual pódese encamiñar en parte usando seguros propiamente ou evitando poñer "todos os ovos no mesmo cesto"5. Para o segundo, non é tan doado. Nunha época de Fake News e trolas continuas nos medios, é especialmente importante ser escéptico Tampouco quero ir totalmente en contra dos relatos. O ser humano precisa historias, tanto que non pode vivir sen elas. A mesma teoría do Cisne negro é un relato. Porén, o que creo que é importante é desconfiar dos relatos cando se presentan como verdades absolutas. Nunha época de Fake News, e trolas continuas nos medios, é especialmente importante ser escéptico. É por iso que unha nova sobre o tren entre Ferrol e Ribadeo me parece moito máis informativa que outra sobre un bombardeo da oposición en Siria É por iso que unha nova sobre o tren entre Ferrol e Ribadeo me parece moito máis informativa que outra sobre un bombardeo da oposición en Siria. É moito máis doado de comprobar unha noticia local que unha que sucede a miles de kilómetros de distancia, por moi tráxica que sexa. Claro que non quita que talvez, para a maioría da poboación da Mariña e Ortegal, ter unha boa conexión por estrada sexa máis relevante que un ferrocarril en funcionamento. Unha vez máis, cadaquén escolle o relato no que quere crer. Notas Escrito respectando a grafía orixinal, aínda que Tojeiro foi sempre pronunciado no Ortegal con 'x'. Sendo lexítimos, os seus viciños sempre se referiron a el como "Husé do Maculeirón", pronunciado con 'o' fechada e gheada aspirada. Realmente, o vídeo que fixo famoso ao noso héroe é un extracto, creado por un admirador, no que só aparecen as súas frases e que ten máis dun millón de visitas. Só por propor uns exemplos. Hai moitos máis, como buscar armas de destrucción masiva en Irak, por exemplo. A Segunda Guerra Mundial dos occidentais é a Gran Guerra Patriótica para os rusos. Dous relatos diferentes, con puntos en común. Exemplos prácticos: meter todos os cartos en preferentes ou facer todos os investimentos na construcción. Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a>
PRAZA_7751
Pilar Rojo transmítelles verbalmente aos grupos a súa intención de permitir que os grupos poidan volver convidar cidadanía á Cámara. As persoas visitantes terían que asinar un compromiso de non alterar a orde da sesión.
Que é a "dignidade" do Parlamento e como se preserva? Este é un dos interrogantes que podería resumir o abordado este martes na Xunta de Portavoces do Parlamento. Os grupos parlamentarios da oposición agardaban que a presidenta, Pilar Rojo, acudise á xuntanza cunha proposta escrita sobre como regular o acceso da cidadanía ás sesións plenarias, toda vez que a propia xefa do lexislativo decidiu hai dúas semanas arrogarse en exclusiva a potestade de decidir quen entra e quen non. PSdeG, AGE e BNG non atoparon ningunha iniciativa plasmada no papel, pero verbalmente si coñeceron as liñas mestras dos plans de Rojo. Esencialmente, a conservadora cede un chisco nas restricións pero agrega novas precaucións. Como os grupos non se "responsabilizan" dos seus convidados, cada persoa que vaia a unha sesión plenaria terá que responsabilizarse de si mesma. E por escrito. Sen comunicación oficial do propio Parlamento os xornalistas tiveron que compoñer o bosquexo da proposta presidencial baseándose no exposto polos voceiros da oposición e o do propio PP, Pedro Puy, quen por razóns obvias manexa unha versión máis precisa do asunto. "Á luz das conversas" mantidas nas pasadas semanas, explica Puy, Rojo valora "recuperar os acordos que xa tiñamos", isto é, que os grupos "trasladen listas de convidados" en cada pleno. Quen provoque incidentes e sexa expulsado "non volverá entrar no pleno" e ademais o grupo que o convidase terá prohibido realizar novos convites durante un tempo determinado -por exemplo, un período de sesións-. O PP considera "interesante" o "compromiso de autorresponsabilización" A estas regras súmase "unha posibilidade que nos parece interesante", di Puy. Trátase "dun compromiso de autorresponsabilización por parte do propio convidado", que ao chegar ao Pazo do Hórreo asinaría un documento explicativo das normas que rexen as sesións -prohibición de realizar manifestacións orais dende a tribuna de convidados ou veto a amosar pancartas-. Se a persoa convidada "non asume" as "obrigas" non se lle prohibiría a entrada, pero "ofertaríaselle" non seguir o pleno "en directo", senón a través dunha pantalla instalada noutra dependencia do edificio. Valoración da oposición Losada: "Unha pancarta non impide o desenvolvemento dun pleno" Coa cautela propia de quen non coñece a proposta máis que parcial e verbalmente, a oposición segue a amosar reservas a respecto da posición de Rojo. "Por suposto que queremos manter a orde no Parlamento, pero non imos aceptar un control político das visitas", resume o socialista Abel Losada quen ademais coida que as regras do xogo deben tamén estar rexidas pola "sensibilidade anet unha situación social, económica e laboral enormemente difícil". Neste sentido, Losada advirte de que "unha camisola ou unha pancarta non impide o normal desenvolvemento dun pleno", polo que non caben restricións e que despois "ao establishment do PP se lle encha a boca falando de abrir as portas do Parlamento" á cidadanía". Ademais, ao seu xuízo, "a dignidade do Parlamento tamén se cultiva doutra maneira" como, por exemplo, non abusando do trámite de urxencia para aprobar leis, ilustra. Beiras rexeita "criminalizar" a cidadanía e Jorquera lembra a "situación social explosiva" que provoca os incidentes Neste sentido exprésase tamén o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, quen tampouco concordará con "calquera actuación que cercene ou limite a priori os dereitos da cidadanía". "Nós non compartimos o criterio a respecto do que é alteración da orde", xa que nesa definición non entra, ao seu xuízo, "amosar un folio ou unha pancarta que diga queremos traballar ou non queremos emigrar". "Ante a conflitividade social hai dúas maneiras de reacciónar -di-: a de criminalizar os cidadáns que se indignan porque os esmagan ou de ir á diagnose" para "saber cales son as causas". Así as cousas, advirte, AGE "non fará nada neste Parlamento que contribúa a defraudar os cidadáns" ou a que estes "digan que AGE se comporta do mesmo xeito que eles lles recriminan ás institucións". A rixidez nas normas semella que tampouco atopará aliados no BNG, que a través do seu voceiro, Francisco Jorquera, reitera que na súa opinión "o procedemento que estaba establecido funcionaba perfectamente", polo que "non hai ningunha razón que xustifique a incorporación de novas normas". "Hai un Regulamento e o que hai que facer é respectalo" e situacións como as protestas de presoas afectadas polas preferentes "non se resolven con máis normas", senón con "sentido común e sensibilidade ante unha situación social explosiva". "Todos defendemos a inviolabilidade da Cámara", di o nacionalista, en cuxa opinión "quen viola o Parlamento é quen o ningunea" ou quen "o somete aos ditados do Executivo".